Proba de acceso (Según Decreto 204/2007, do 11 de Outubro, D.O.G.A Nº212 do venres 2 de Novembro de 2007)
1º CURSO GRAO PROFESIONAL Especialidade: Danza Clásica
XEFATURA DE ESTUDOS
Para acceder ao 1º Curso das ensinazas profesionais de danza clásica cumprirá superar una proba específica de acceso. Mediante esta proba valorarase a madureza, as aptitudes e os coñecementos para cursar con aproveitamento as ensinanzas profesionais. A proba constará de: - Calse de danza clásica (barra e centro). Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, e cumprirá una cualificación mínima de cinco puntos en cada parte para o superar - Presentación ante o tribunal dunha danza galega, de carácter ou española, libremente elexida polo aspirante. Este exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, e cumprirá una cualificación mínima de cinco puntos en cada parte para o superar. - Exercicio para valorar as aptitudes musicais, en relación á capacidade rítmica e a escoita activa. Este exercicio
cualificarase de 0 a 10 puntos, e cumprirá una
cualificación mínima de cinco puntos para o superar. A puntuación definitiva da citada proba será a media ponderada da cualificación obtida nas diferentes probas. A ponderación seguirá as seguintes porcentaxes:
1º GP ESPECIALIDADE
D.
CLÁSICA DANZA CLÁSICA
70%
MÚSICA
15%
DANZA
GALEGA,
DANZA
DE 15%
CARÁCTER OU DANZA ESPAÑOLA
MATERIA: DANZA CLÁSICA CONTIDOS
Media punta Demi e grand plié en 4ª, de perfil a la barra Equilibrios en 4ª Rond de jambe en dehors e en dedans en 4, 2 e 1 tempo. Jeté en cloche Grand rond de jambe a 45º por ½. Chassés e temp liés a 45º á 2ª. Petit battement con acento diante e detrás Balloné diante. Battement fondu a 45º, en cruz. Promenade en retiré con e sen plié con ½ rotación. Developpé e enveloppés atrás de perfil á barra a 45º. Preparación de pirueta de 5ª en dehors e en dedans Grand battement en cruz de perfil en 2t. Grand battement en cloche en attitude e estirado, rematando por cloche ao tendu. Pas de bourrée dessus e dessous, saíndo desde segunda. Pas de bourrèes por passé en dehors e en dedans. Equilibrios en retiré e en coupé a releve. Souplesse perna á barra á 2ª.
Souplesse con ½ círculo de diante á 2ª e á inversa. Tendus con developpés e enveloppés. Petit developpé pointé ou piqué. Double frappé á 2ª Chassés e temp liés en avant e en arrière a 45º. Relevé a retiré por 1/4 xiro. Preparación de pirouette en 5ª en dedans. Balloné atrás. Grand battement a 90º en cruz de perfil en 2t. Assemblé diante Pas de Chat por retiré. Souplesse perna á barra diante.
Centro
Temp lié desde o tendu en avant e en arrière, pasando por 4ª plié. 3º port de bras Vaganova Estudo do 3ª e 4ª arabesque. Estudo do pas de basque en dehors en 8 tempos. Paso de vals en face e ao effacé Preparación de pirouettes en 5ª en dehors e en dedans Changements ¼ de xiro Pas de chat por retirés Glissade en avant.
Temps lié á 2ª a 45º, partindo do tendu. Promenade por ½ xiros. Pas de basque en dehors en 4 tempos. Pas de bourrée dessus e dessous, saíndo desde segunda. Pas de bourré en avant e en arrière Estudo do pas de basque en dedans 8 tempos. Pirouette de 5ª por 1/4 xiro en dehors. Piqué coupé en avant Petit sisonne diante.
Diagonal
Soutenus en 8 t. Temp levés por coupé Deboulés a pé plano.
Temps- levé a rétiré Soutenu en 4 tempos
Barra
Estudo do rond de jambe en l´air a 45º en dehors. Developpé fondu en cruz de perfil á barra. Preparación de pirouette en 4º en dehors. Promenade en retiré con rotación completa. Grand battement, comezando e rematando con en cloche a terre.
Temp lié saíndo desde o coupé ou o retiré rematando en posición de tendu (en cruz) Pirouette de 5ª por 1/4 xiro en dedans Pirouette de 5ª por 1/2 xiro en dehors. Pas de basque en dehors en 4 tempos Pirueta en dedans por ½ xiros. Assemblé diante Soubresaut con desprazamento en avant e á second. Estudo do degage saindo de plie relevé Preparación de piqués en dedans. Emboitte en attitude saltado
CRITERIOS DE AVALIACIÓN - Realizar todos os exercicios que compoñen a barra dunha clase de ballet deste nivel que o profesor ou a profesora marquen no momento. Con este criterio,valorarase se o alumnado acadou unha correcta colocación,o control sobre o peso do corpo, a coordinación de pernas, brazos e cabeza..., para a obtención dunha base sólida que lle permita máis adiante realizar exercicios máis avanzados. - Realizar no centro os exercicios estudados na barra que o profesor ou a profesora marquen no momento. Este criterio pretende comprobar se o alumnado tomou conciencia da colocación do eixe corporal, do seu equilibrio, da coordinación de pernas, torso e cabeza e da correcta distribución dos movementos no espazo. - Reproducir un exercicio de port de bras. Este criterio pretende comprobar a correcta colocación dos brazos e a súa coordinación coa ollada, a cabeza e a respiración. - Realizar pequenas variacións de pasos que inclúanos exercicios fundamentais da técnica do xiro en dehors e en dedans. Con este criterio, comprobarase o control do eixe corporal, o sentido do equilibrio e a coordinación de torso, brazos, pernas e cabeza. - Realizar exercicios de pequenos saltos sobre unha e dúas pernas que o profesor ou a profesora marquen no momento. Este criterio pretende comprobar o controle a suxeición do demi-plié no pulo e na recepción do salto, o control e a suxeición do torso, e a correcta utilización da pelve e das cadeiras neste. - Realizar pequenas variacións que inclúan desprazamentos polo espazo. Con este criterio búscase observar o sentido do alumnado con respecto ao espazo,ás dimensións e ás direccións.
- Realizar no centro pequenas variacións con ritmos diferentes que o alumnado debe memorizar e reproducir. Este criterio pretende comprobar a súa memoria e o seu sentido rítmico. - Realizar unha improvisación dun fragmento musical que o pianista toque no momento, a partir dunha escoita previa. A través deste criterio, comprobarase se o alumnado desenvolveu a súa creatividade e expresión artística, así como tamén a musicalidade, a sensibilidade e o correcto emprego do espazo. - En todos os exercicios valorarase o correcto emprego da respiración, así como a capacidade artística, a sensibilidade e a musicalidade do alumnado.
MATERIA: DANZA GALEGA, DANZA DE CARÁCTER OU DANZA ESPAÑOLA O alumno traerá unha peza a elexir entre estas danzas: - Danza Galega (xota ou muiñeira) -Danza de carácter (Danza rusa, Polonesa ou Tarantela) -Danza Española ( Escola bolera ou Flamenco ) CRITERIOS DE AVALIACIÓN Realizar a danza elexida tendo en conta a correcta colocación dos pés, os brazos, o torso e a cabeza. Con este criterio preténdese comprobar que os alumnos e alumnas teñen comprendido o carácter e o estilo destas danzas e as executan sen perder a colocación, empregando correctamente o espazo, nas suas dimensións e dirección.
MATERIA: MÚSICA A Proba de Música, constará de 3 partes: a) Un exercicio para valorar as aptitudes rítmicas. b) Un exercicio para valorar as aptitudes auditivas mediante unha proba de audición. c) Un exercicio para valorar os coñecementos teóricos.
De estes tres exercicios, da que sairá unha nota final, cualificarase de 0 a 10 puntos, e haberá que obter unha cualificación mínima de 5 puntos para superala. CONTIDOS -
Compás de 6/8
-
Melodía: motivo, frase, semifrase, sección, tema.
-
Forma musical simple: por repetición ( lied binario, ternario eRondó) por imitación (canon, fuga)
-
Ritmos e compases das danzas: polca, vals, muñeira, jota, polonesa, tarantella, pasodoble, etc.
-
Clasificación das voces
-
Acorde PM e Pm
-
Armadura
-
Tonalidade
-
Modo maior e menor
-
Cadencias
-
Canto coral
-
Pezas polifónicas
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
-Recoñecer e identificar lo acento periódico dunha obra ou fragmento.
-Entoar unha melodía ou canción tonal con acompañamento. -Distinguir e facer uso dos elementos que se utilizan na representación gráfica da música ( notas, figuras, clave, indicacións de dinámica, de tempo, o compás) -Interpretar, vocal ou rítmicamente, pezas escritas Intervir ñas actividades de canto colectivo adaptando a súa expresión e entoación o nivel sonoro do conxunto. -Realizar exercicios escritos cos contidos deste curso. -Recoñecer e valorar a riqueza do folclore. -Aplicar a linguaxe musical necesaria para realizar análises de audicións. -Describir con posterioridade a unha audición os trazos característicos das obras escoitadas ou interpretadas. -Improvisar melodías tonais breves. -Realizar pequeñas improvisacións con procedementos musicais convencionais ou non convencionais (texturas, atmosferas, efectos, etc.), partindo dun proxecto previo ó que deberá axustarse a execución na maior medida posible. -Mostrar unha actitude de respecto e interese a música axeitada aos obxectivos propostos. -Formar e recoñecer auditiva e visualmente os intervalos, acordes, escalas e cadenzas, traballados no curso
Proba de acceso (Según Decreto 204/2007, do 11 de Outubro, D.O.G.A Nº212 do venres 2 de Novembro de 2007)
2º CURSO GRAO PROFESIONAL Especialidade: Danza Clásica
XEFATURA DE ESTUDOS
Para acceder ao 2º Curso das ensinazas profesionais de danza clásica cumprirá superar una proba específica de acceso, que englobe os contidos da programación de todas as materias de primeiro
curso de grao profesional. Mediante esta proba
valorarase a madureza, as aptitudes e os coñecementos para cursar con aproveitamento as ensinanzas profesionais. A proba cualificarase de 0 a 10 puntos, e cumprirá una cualificación mínima de cinco puntos en cada parte para superala. A puntuación definitiva da citada proba será a media ponderada da cualificación obtida nas probas das diferentes materias. A ponderación seguirá as seguintes porcentaxes:
2º GP ESPECIALIDADE
D.
CLÁSICA 70%
DANZA CLÁSICA MÚSICA ACONDICIONAMENTO FÍSICO
30% da media aritmética que
DANZA GALEGA
resulta das cinco materias
MATERIA: DANZA CLÁSICA CONTIDOS:
Media punta
Barra
Souplesse con tendu á segúnda (só lateral) Battement tendu en tournant con ¼ de xiro en dehors e en dedans en cruz. Battement tendu que pecha a 5ª co pé en flex, para o traballo da batería. Battement tendu que vai ao fouetté por promenade Jeté con dobre piqué ou pointé Grand rond de jambe a 90º en dehors e en dedans Double fondu relevé a dobre tempo Baixar do coupé ou do retiré en relevé á 5ª ou ao tendu sen plié Degagé saíndo do plié relevé (preparación do assemblé) Preparación do rond de jambe en l´air en dedans Rond de jambe en l´air en dehors. Piqué ao arabesque a 90º Glissade en tournant por ½ en avant Equilibrios en posicións en l´air a pé plano Glissade en arrière Assemblé derrière Temps levé sobre un pé (varios seguidos) Echappé battu (batindo ao pechar) Pirueta simple en dehors e en dedans saíndo de 5ª posición Pas de bourrée con ½ xiro en dehors Preparación de piqué en dehors e en dedans Royal Souplesse lateral con tendu devant e derrière Piqué ao degagé en cruz Fouetté ao arabesque por promenade con plié (1/2) ½ promenade en attitude devant e derrière en dehors e en dedans Preparación de flic-flac en dedans e en dehors Glissade en tournant por ½ en arrière Rond de jambe en l´air simple a 45º Grand rond de jambe a 45º saíndo do plié ao relevé. Grand battement ao relevé Entrechat trois Entrechat quatre Chassé a 45º en cruz Pettit battement con relevé Souplesse en avant e lateral e cambré con tendu en cruz Pas de bourrée en tournant completo en dehors e en dedans Developpé e enveloppé ligado (a tendu) Rond de jambe pointé a 45º en releve en dehors e en dedans ¼ de promenade ao arabesque Estudo do fouetté ao arabesque por promenade sen plié Releve lent. ½ flic-flac en dedans Relevés seguidos en retiré Echappé battu ao saír Balloné sauté (só un)
Centro
Pas de basque en dedans en 4 tempos e en dehors en 2 tempos Battement tendu e jeté en tournant (1/8 de xiro) Temp lié saíndo desde o coupé ou o retiré rematando en posición en l´air a 45º (en cruz) Temp lié saíndo desde o degagé rematando en en l´air a 45º (en cruz) Estudo do temp lié en arriére a 45º, saíndo do degagé Balancé por efacé e ecarté Pas de bourrée en tournant en dehors e en dedans por coupé e estirado (1/2 xiro) Pirueta en dehors desde 5ª Preparación ¼ e ½ de pirueta de 4ª en dehors ½ pirueta de 5ª en dedans. Preparación e ¼ de pirueta de 4ª en dedans Balloté por relevé (sen salto) Paso de vals en face con epaulement Paso de vals en tournant Echappé que cae a coupé. Echappé, sostendo no aire a 5ª posición Echappé battu (batindo ao pechar) Echappé con ¼ de xiro ao abrir Temp levés en 4ª posición Jeté sauté Sissone fermé en avant Preparación do emboité sauté por medios xiros. Pirueta de 4ª en dehors Pirueta de 5ª en dedans ½ pirueta de 4ª en dedans Piqué arabesque Vals ao ecarté Balloté por soubresaut (estirado, aínda sen developpé) Assemblé double en dehors e en dedans Echappé a 4ª Royal Emboité diante e detrás sen xirar Sissone fermé á second Grand rond de jambe en dehors e en dedans a 45º (por ¼) Fouetté por promenade en dedans Rond de jambe par terre en tournant (1/8) en dehors e en dedans Pirueta de 4ª en dedans Exercicios de batería estudados na barra Balloté sauté por developpé a 45º Sissone faillí acabado en 5ª Pettit sissonne ao coupé seguido dun chassé en cruz Soubresaut con desprazamento en arrière Balloné sauté (só un) Echappé battu ao saír Temp de cuise
Diagonal
Soutenu a 2 tempos Piqué en dedans Preparación do piqué en dehors. Paso de vals en tournant Deboulés ½ piqué en dedans Temps levé en arabesque combinado con chassé e possé-possé. Soutenu a 1 tempo Piqué en dedans en 2 tempos Preparación do piqué en dehors Estudo do emboité sauté xirado, combinado con assemblé Possé possé ou chassé temp leve arabesque ou 4ª diante Piqué en dedans a 1 tempo
Puntas- Fronte a barra
Barra
Exercicios preparatorios para subir e baixar da zapatilla con e sen plié. Relevés en 1ª e en 2ª Glissade piqué Soussus Desde o fondu coupé a relevé 5ª soussus Battement soutenu Battement soutenu á 2ª con dobre plié Pas de bourrées por coupés e estirado Coupé devant e derrière ao releve Echappés á 2ª Pas de bourrée por soutenu dessus e dessous Relevés con plié en punta Pas courrus primeiro sen desprazamento e despois con el Doble echappé Piqué balloné Relevés en 4ª Piqué glissade diante e atrás (de perfil) Relevé a coupé desde 5ª e despois desde 4ª e 2ª Piqué ao coupé ao lado Retiré devant e derrière Exercicio de cambios de peso (exemplo: relevé a 2ª, plié a 2ª, releve coupé) Battement soutenu (perfil) Temps levés coas zapatillas de punta (non sobre elas) en 1ª e 5ª sen cambiar. Degagé releve en cruz Relevés coupé Chassé a relevé 5ª devant, 2ª e derrière Echappé á 4ª Desde 5ª relevé soussus, un developpé plié a pointé Preparación de pirueta en dehors e en dedans de 5ª Piqué soutenu por ½ xiro (de perfil) Preparación de piqué en dedans Balloné por piqué á 2ª
Centro
Relevé en 1ª e 2ª posición Relevés en 1ª e 2ª con e sen plié Echappé a 2ª Glissade piqué a 2ª e diante Battement soutenu a 2ª Pas de bourrée saíndo desde o coupé e desde soutenu Pas courrus Relevé en 1ª, 2ª e 5ª (soussus) Battement soutenu en cruz Piqué ao coupé diante e á 2ª. Preparación do piqué en dedans.
Varóns
Centro
Allegro
-
Todo o traballo desenvolverase no centro, con altura e velocidade propias dos varóns. Grand pliés Tour de promenade en passé, en attitude, en arabesque Pirouette en dehors saliendo dende a 2ª Fondu relevé Rond de jambe en l´air Gran battement Piruetas continuadas en dehors, parando en 4ª posición Paso de vals Preparación de piruetas en dedans en grandes poses (arabesque e attitude) Diagonais de deboulés, piqués e soutenus Dobre pirueta en dehors e en dedan Assemblé soutenu Soubresaut Jetés temps levés continuados ( 2 ou 4 ) Double assemblé Changement soutenu Emboités Echappé e grand echappé Estudo do ¼ e do ½ tour sauté cambiando e sen cambiar de 5ª Royal Sissonne coupé assemblé Sissonne ouvert a 2ª, devant e derrière Entrechat quatre Estudo entrechat trois Estudo doTour en l´air cambiando e sen cambiar Tour l´air finalizando en echappé á 2ª Estudo dos entrepasos, empregando desprazamentos: chassés, contretemps, pasos, ... Camiñadas e saúdos ( específicos dos varóns )
Contextualización dalgún dos seguintes ballets do período romántico: - La Sylphide (1832). versión de Bournonville (1836) - Giselle (1841) - Pas de quatre (1845). versión de Anton Dolin e Alicia Alonso
CRITERIOS DE AVALIACIÓN -Realizar os exercicios dunha barra que o profesor marque, tendo en conta o nivel e coñecemento de exercicios da programación deste curso. O alumno poderá superar este curso se amosa na execución desta barra que asimilou e interiorizou coa colocación e coordinación necesaria os exercicios deste nivel. -Realizar un exercicio de tendus no centro. Con este criterio valorarase se o alumno realiza os cambios de dirección, sen descolocar o eixo, e coas diferentes direccións, cos seus brazos e os epaulement de cada un deles. -Executar un exercicio de adagio. Con este exercicio comprobarase que o alumno interiorizou o exercicio de temps lie, execución do developpé coa suxeición da posición no aire, a colocación do corpo, a suxeición da perna portante e a extensión. O promenade sen perder a boa alineación do corpo. -Realizar algún exercicio de barra no centro (fondu, frappé, petit battement, grand battement, etc.). Con este exercicio comprobarase se o alumno acadou o control do peso sobre unha perna no traballo a pé plano e a relevé, e o control do eixo nos cambios de dirección. - Executar algún exercicio de xiro, que inclúa piruetas simples en dehors, e en dedans. Con este criterio comprobarase que o alumno asimilou o equilibrio na pirouete simple, a coordinación para o impulso do xiro (brazos, torso e cabeza) o paso da cabeza e o control do final do xiro nas posicións esixidas. Valorarase nos valses
que se incorporen ao exercicio o tempo musical, o emprego flexible e continuado do plié para acadar a fluidez no desprazamento e a limpeza dos pés, así como tamén a respiración, a coordinación e a musicalidade do movemento. -Executar algún exercicio que inclúa pequenos e medianos saltos e técnica inicial de batería. Con este exercicio, comprobarase que o alumno interiorizou a mecánica do empurre e recepción do salto, a suxeición do torso e a elevación da pelve, a coordinación das pernas, brazos e cabeza, a elasticidade do plié e a correcta colocación do pé. -Realizar algún exercicio de puntas na barra e no centro. Con este criterio, trátase de comprobar que a alumna acadou a correcta colocación do pé na zapatilla de punta, sobre os dous pés e sobre un pé, e a comprensión da colocación dos pés na subida e baixada da punta. -Realizar un exercicio específico de xiros da técnica de varóns. Con este exercicio, comprobarase que o alumno mellorou o sentido dinámico do xiro. -Realizar un exercicio específico de saltos da técnica de varóns. Con este criterio, valorarase que o alumno acadou maior flexibilidade do plié para a saída e caída do salto. -Realizar un exercicio de improvisación a partir dun fragmento musical. Con este criterio preténdese comprobar o sentido creativo a musicalidade do alumno. -En todos os exercicios valorarase a sensibilidade artística amosada polo alumno.
MATERIA: DANZA GALEGA CONTIDOS O aspirante traerá unha peza libremente elexida ( muiñeira ou xota)coa música correspondente, que inclua paseillos, picados e puntos cos seus correspondentes brazos, dacordo cos diferentes estilos. Terá coñecemento dos costumes, os traxes, complementos e significado sociocultural das danzas galegas máis representativas. CRITERIOS DE AVALIACIÓN - Coñecer a riqueza e variedade do folclore galego, a súa orixe, indumentaria e ritmos.
Con este criterio de avaliación búscase que o alumno/a coñeza as danzas tradicionais galegas e recoñeza a través do seu visionado (traxes e pasos) e audición (ritmos) os estilos básicos. - Demostrar o coñecemento básico de distintos ritmos muiñeira e xota. Este criterio pretende comprobar o sentido rítmico do alumno/a. - Interpretar unha danza tradicional galega. Con este criterio de avaliación preténdese comprobar que o alumno coñece os pasos e os executa correctamente dentro do estilo e o ritmo.
MATERIA: ACONDICIONAMENTO FÍSICO CONTIDOS - Aliñación corporal e respiración. - Traballo individual e en parella da potencia, a resistencia e a elasticidade.
- Secuencias de series nos planos frontal transversal e saxital nos eixos de simetría que impliquen as acción motoras e articulares. - Exercicios de potenciación do centro corporal. Series de abdominais e lumbares. - Exercicios de elongación activa e pasiva. - Traballo do equilibrio sobre unha e dúas pernas, con e sen accesorios. - Fases de mantemento e aplicación de novos exercicios, dependendo da asimilación e a programación de Danza ata finalizar o curso.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN - Realizar exercicios respiratorios e de flexibilidade de pé (pescozo, cabeza, brazos e tronco) Comprobar que os alumnos manteñen aliñados o círculo pélvico, as primeiras costelas e a cintura escapular. - Realizar sentados exercicios de flexibilidade articular e ligamentosa (pés, pescozo, ombros, brazos e bonecas). Comprobar se o alumno/a identifica as acción motoras e articulares e as súas multimobilidades.
- Executar en prono, supino e de lado, exercicios de elevación de pernas. Valorar o control das costas nos distintos planos e se a forza eficiente actúa na dirección do lmovemento.
- Executar exercicios de flexibilidade de cadeira en flexión recta, cruzada e aberta. Observar a simetría, a progresión da amplitude da mobilidade, a fluidez e a coordinación muscular.
- Realizar series de exercicios abdominais superiores, centrais, transversais e oblicuos. Comprobar o aplanamento da zona lumbar, a columna neutra no rodamento cara arriba, que a parte superior das costas está relaxada e a cabeza segue a liña natural da columna.
- Executar series específicas de elongación pasiva e activa. Comprobar o grao de mobilidade, aliñación e amplitude.
- En todos os exercicios se valorará a respiración no inicio, apoxeo e fin do movemento que leva que a execución sexa fluída, potente, útil e eficiente.
MATERIA: MÚSICA
CONTIDOS -
Grupos de valoración especial
-
Equivalencias
-
Outros compases
-
Tempo peteneras
-
período Barroco, Clásico, e Romántico.
-
Danzas típicas do período Barroco, Clásico e Romántico.
-
Formas características do período Barroco, Clásico e Romántico.
-
Elementos de análise
-
Ictus inicial e final
-
Elementos de composición: imitación, desenrolo e variación ,
-
Cadencias
-
Escala pentáfona
-
Escala exatona
-
Escala cromática
-
Clave de Fa 4a
-
Notas de adorno
-
Canto coral
-
" as 8 contas" de danza.
O punto de partida no tratamento dos contidos desta programación parte da globalízación, de xeito que aparezan continuamente entrelazados.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN -Sentir "as contas" da danza ñas audicións. -Entoar unha melodía ou canción tonal con ou sen acompañamento. -Distinguir e facer un bo uso dos elementos da música. -Interpretar vocal ou ritmicamente fragmentos de obras orixinais das distintas épocas. -Recoñecer na audición o período da obra e a forma. -Coñecer as características de cada período e as formas musicais mais destacadas. -Identificar auditivamente e interpretar cambios de compás. -Improvisar nas distintas escalas. -Compoñer obras de acordo a unha forma utilizando elementos da composición e harmonía coñecidos. -Analizar a forma, Harmonía, estilo compositivo dunha obra. -Mostrar unha actitude de respecto e interese a música axeitada aos obxectivos propostos.
Proba de acceso (Según Decreto 204/2007, do 11 de Outubro, D.O.G.A Nº212 do venres 2 de Novembro de 2007)
3º CURSO GRAO PROFESIONAL Especialidade: Danza Clásica
XEFATURA DE ESTUDOS
Para acceder ao 3º Curso das ensinazas profesionais de danza clásica cumprirá superar una proba específica de acceso, que englobe os contidos da programación de todas as materias de primeiro e segundo de grao profesional. Mediante esta proba valorarase a madureza, as aptitudes e os coñecementos para cursar con aproveitamento as ensinanzas profesionais. A proba cualificarase de 0 a 10 puntos, e cumprirá una cualificación mínima de cinco puntos en cada parte para superala. A puntuación definitiva da citada proba será a media ponderada da cualificación obtida nas probas das diferentes materias. A ponderación seguirá as seguintes porcentaxes:
3º GP ESPECIALIDADE
D.
CLÁSICA 70%
DANZA CLÁSICA MÚSICA ACONDICIONAMENTO FÍSICO
30% da media aritmética que
DANZA GALEGA
resulta das cinco materias
DANZA CONTEMPORÁNEA DANZA DE CARÁCTER
MATERIA: DANZA CLÁSICA CONTIDOS
Media punta
Barra
Centro
Soupplesse en avant a relevé. Equilibrios en posicións en l´air a relevé Degagé lento desde 5ª, subindo a relevé e baixando sen plié Medio xiro e un xiro en coupé Battement frappé subindo e baixando do relevé Frappé desde coupé estirado Petit battement serré Unha pirueta en dehors e en dedans rematada en coupé por sustitución (ou tombé) Relevés seguidos en attitude diante Developpé a relevé rematando en equilibrio Piqués en dehors (1/2) Preparación do tour fouetté (por rond) Doble rond de jambe en l´air a pé plano (baixiño, para a rapidez do pé) Estudo do fouetté por promenade en dehors e en dedans descomposto ½ flic-flac en dehors Dobre rond de jambe en l ´air desde o relevé Grand Rond de jambe en relevé en dehors e en dedans. Fouetté desde o plié ao relevé en dehors en dedans descomposto Relevés seguidos en arabesque, attitude detrás (fronte á barra) Pirueta en dehors rematando en posicións en l´air Tours fouette cun xiro. Entrechat cinq Flic- flac completo en dedans Piqué a 4ª diante a 90º Estudo do grand jeté en tournant (sen saltar e descomposto) Pas de basque en dehors en 1 tempo e en dedans en 2 tempos Rond de jambe par terre en tournant (1/4) en dehors e en dedans Piqué arabesque failli Temp liés saíndo desde retiré en relevé picando a 90º e baixando a pé plano, en avant. Grand battement xirando por 1/8 en dehors e en dedans Relevés a coupé e a retiré seguidos, sen baixar a 5ª (só dous) Piruetas en dedans desde 4ª dobre (directamente ou pasando por 2ª) Echappé sauté a 2ª con ½ xiro ao saír Sissone fermé en arrière Sissonne ouvert en avant e á second Ballotés a 45º por developpé Sissone simple (ou coupé) detrás combinado con chassé Developpé a 45º rematado en relevé diante (desde pé plano, sen plié) Developpés desde relevé (lixeiriños) Piruetas seguidas de 5ª (só 2) Relevés seguidos en attitude diante Sissone ouvert en arriere Preparación do brissé Assemblé battu Emboités sautés xirados (só 2)
Entrechat cinq. Sissonne, faillí assemblé
Diagonal
Temp liés saíndo desde retiré en relevé picando a 90º e baixando a pé plano, á 2ª. Traballo da dobre pirueta de 5ª en dehors. Developpé a 45º rematado en relevé diante (desde pé plano, sen plié) Relevé en attitude e en arabesque. Glissade temp leve á 2ª. Traballo dos entrepasos anteriores Brissé diante batido Emboités sautés xirados (só 4) Assemblé en tournant Piqué en dehors (1 xiro) Temp levés en arabesque con glissade como entrepaso Tombe, pas de bourrée, glissade, pas de Chat Tombé, pas de bourrée, glissade, assemblé porté en avant Diagonais de chassé assemblé diante e detrás Emboité sauté (só dous) Chassé en tournant Estudo do grand jeté.
Puntas
Barra
Assemblés relevé en cruz Souplesse na punta Degagé relevé á 2ª Balloné á 2ª fronte á barra Relevés en attitude devant e derrière a 45º fronte á barra Arabesque desde a 4ª plié fronte á barra. Relevés continuados en coupé fronte á barra. Grand rond de jambe en relevé a 45º fronte á barra Fondu a relevé diante e á 2ª fronte á barra Frappés a relevé fronte á barra Piqué en avant ao retiré Piqué ao coupé en arrière Preparación da pirueta en dehors e en dedans de 4ª. Pas marche Relevés a retiré desde unha posición en l áir Echappés a 4ª plié e desde ahí relevé a coupé ou retiré Serie de relevés en coupé de perfil Serie de relevés en retiré fronte á barra Piqué en avant, á 2ª (fronte á barra) e en arrière ao degagé Piqué en avant ao developpé derrière a 45º Ballonés diante Double frappé Serie de relevés en retiré de perfil Fouetté en dedans por piqué (da 2ª ao arabesque e desde devant á 2ª) Grand battement devant e á 2ª en relevé Soubresaut na punta Changement na punta
Centro
Diagonal
Chassé a relevé 5ª Preparación de piruetas en dehors e en dedans desde 5ª Relevés plié, retendo empeines, sobre dúas pernas Echappé a 4ª Piqué balloné Pas de bourrée en tournant ½ xiro Piruetas en dehors e en dedans desde 5ª con ¼ e 1/2 xiro Relevés passé desde 4ª plié Pas de bourrées en avant e en arrière ao effacé. Piruetas simple de 4ª en dehors e ½ pirueta en dedans Petit developpés relevé diante e á segunda saíndo desde 5ª plié, lixeiriños Pirueta en 5ª en dehors Pirueta de 5ª combinada con relevé Piqué ao arabesque saíndo desde tendu plié Piqué ao arabesque faillí 1 pirueta de 4ª en dedans Estudo do piqué en dedans Camiñadas en ½ punta Soutenus Estudo do piqué en dehors Deboulés
Varóns Todos os exercicios executaranse no centro coa velocidade, a potencia e a altura propias dos varóns
Centro
Allegro
Developpé a pé plano que sube ao relevé, mantendo o equilibrio Fondus a relevé en tournant con ¼ de xiro Rond de jambe en l´air con ¼ de xiro en dehors e en dedans Pirouettes continuadas de coupé en dehors sen baixar da 5ª Estudo da dobre pirueta finalizando en plié developpé Estudo do ½ e 1 tour en dedans de arabesque Estudo dos sautillés á 2ª en tournant Grand battements con relevés Grand battement con ¼ de xiro en dehors e en dedans a relevé Potenciar a batería nos pequenos saltos Saltos continuados sobre unha soa perna (temp levés en coupé, en arabesque, ballonés,...) Estudo do tour en l´air continuado (2) sen cambiar e cambiando de pé. Assemblé porte en diferentes posicións e direccións. Sissonne changé en avant Petit sissone en tournant , assemblé Emboités sauté en tournant Tour en l´air por detrás (saltando hacia o pé que está detrás) Tour en l´air desde 2ª posición Tour en l´air finalizado en 4ª allonger Petit sissone en tournant, possé, possé assemblé porté
Contextualización dun dos seguintes ballets do período clásico: Petipa: La fille du pharaon (1862) Don Quixote (1869) Bayadere (1877)
CRITERIOS DE AVALIACIÓN: - Realizar os exercicios da barra que o profesor marque no momento, tendo en conta o nivel e coñecemento dos pasos da programación deste curso. O alumno poderá superar este curso se amosa na execución desta barra que asimilou e interiorizou, coa colocación e coordinación necesarias, os exercicios deste nivel. - Realizar un exercicios de tendus no centro Con este criterio valorarase a correcta realización dos battement tendu en tournant en dehors e en dedans, sen descolocar o eixo e cos seus brazos e epaulements correspondentes. - Executar un exercicio de adagio Con este criterio preténdese comprobar que o alumno progresou na execución dos temp liés e developpés, obtendo unha maior extensión das pernas. No promenade en attitude e arabesque valorarase a boa aliñación do corpo. Valorarase que os exercicios se realicen de forma ligada. - Realizar un exercicio da barra no centro Con este criterio preténdese comprobar se o alumno consolidou o traballo do control do peso a pé plano e a releve. - Executar algún exercicio de xiros que inclúan dobres piruetas en dehors e en dedans.
Con este criterio valorarase a coordinación dos movementos nas dobres piruetas en dehors e en dedans e o control do final do xiro nas posicións esixidas. Tamén se valorará o control do corpo no inicio das medias piruetas en grandes posicións. Asimesmo, comprobarase que o alumno/a realiza os valses de forma fluída e flexible. - Realizar no centro algún exercicio que inclúa pequenos e medianos saltos. Con este criterio preténdese comprobar o nivel técnico adquirido polo alumno na execución do salto, o traballo do plié (elasticidade e suxeición da baixada e empurre para o impulso) ademais da coordinación, acentos musicais e musculares, así como a forza e elasticidade dos pés, elevación da pelve e suxeición do torso. - Executar un exercicio de batería Con este criterio de avaliación preténdese comprobara limpeza, axilidade e coordinación de pés e pernas na execución da pequena batería. - Realizar no centro un exercicio de grandes saltos Con este criterio de avaliación preténdese comprobar a amplitude e elevación nos saltos, así como tamén a sincronización de impulsos nos entrepasos e o correcto traslado do corpo no aire. - Realizar no centro un exercicio de puntas para as alumnas que inclúa releves sobre unha perna en diferentes posicións. Con este criterio preténdese comprobar a flexibilidade e suxeición necesarias dos pés dentro da zapatilla de punta. Valorarase a correcta subida e baixada da punta na execución dos exercicios. - Realizar un exercicio que inclúa piruetas simples coas zapatillas de puntas. Con este criterio valorarase a correcta subida e baixada da punta na execución do xiro así como a correcta coordinación de brazos, tronco e cabeza. - Realizar un exercicio específico de xiros da técnica de varóns propio deste nivel. Con este exercicio, comprobarase que o alumno progresou no sentido dinámico do xiro.
- Realizar un exercicio específico de pequenos saltos e batería., específicos da técnica de varóns propio deste nivel. Con este criterio, valorarase que o alumno executa os saltos coa elevación, potencia e axilidade necesarias. - Realizar un exercicio de grandes saltos específico da técnica de varóns axeitados a este nivel. Con este criterio comprobarase a suxeición da posición no aire, a amplitude e potencia nos saltos así como o correcto traslado no corpo no aire empregando axeitadamente o espazo. - Realizar un exercicio de improvisación a partir dun fragmento musical. Con este criterio preténdese comprobar o sentido creativo e a musicalidade do alumno - En todos os exercicios valorarase a sensibilidade artística amosada polo alumno.
MATERIA: DANZA CONTEMPORÁNEA CONTIDOS - Traballo teórico práctico das diferentes técnicas e estilos coreográficos de danza contemporánea. - Exercicios no chan de respiración e relaxación. - Traballo de sensibilización do peso das distintas partes do corpo. - Toma de conciencia da aliñación do corpo e da postura no chan. - Traballo da mobilidade da columna vertebral e de contracción do torso no chan. - Traballo de contraccións do torso e da mobilidade da columna e de pé. - Traballo das posicións do corpo e de transferencia de peso.
- Traballo de flexións, rotacións, extensións e apertura das diferentes partes do corpo. - Traballo de secuencias de movemento simples da danza contemporánea no centro: balanceos, suspensións e equilibrios. - Exercicios de desprazamento no espazo. - Traballo de series de movementos en diferentes ritmos e enerxías de execución. - Memorización progresiva de series de movemento. - Traballo no chan de contracción/release, bounces, espirais, high release e tilt nas distintas posicións no chan. -Traballo de pernas no eixe en paralelo e en dehors con, contraccións,espirais e torso en círculos. - Traballo de introdución ao hinge e ao pitch. - Traballo de xiros en pé plano. - Introdución as caídas, desprazamento no chan e pinchacarneiros de costas. - Saltos con traballo de torso. - Desprazamentos con distintos percorridos espaciais: Triplets sinxelos. - Desprazamentos con cambios de eixo e desequilibrios. - Exercicios de secuencias de movemento no chan. - Exercicios de secuencias de movemento no eixe, de xiros, saltos desprazamento no espazo. - Práctica da improvisación libre e individual sobre unhas pautas de movemento. - Construción dunha pequena frase coreográfica a través da estruturación e o perfeccionamento dos movementos elaborados a partir da improvisación.
- Xogo coas posibilidades espaciais e rítmicas das frases coreográficas elaboradas a través da improvisación.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN - Realizar exercicios de relaxación e respiración. Con este exercicio preténdese observar que os alumnos están concentrados na súa respiración e relaxan as distintas partes do corpo. - Realizar exercicios para sentir a forza de gravidade dos brazos e das pernas. Tratase de comprobar a toma de conciencia do peso dos brazos e das pernas. - Realizar exercicios para sentir o contacto de todo o corpo co chan. Observar se durante a evolución dos movementos o alumno garda todo o seu corpo en contacto co chan. -Realizar exercicios de contraccións e flexibilidade da columna vertebral cun control do aliñamento corporal no chan. Observar a amplitude do movemento, a simetría e o aliñamento correcto. - Realizar exercicios de contraccións e flexibilidade da columna vertebral cun control do aliñamento corporal de pé. Observar a amplitude do movemento, a simetría e o aliñamento correcto. - Realizar os exercicios de flexións, rotacións, extensións, apertura, suspensións, balanceos e equilibrio no centro. Observar se o alumno executa as secuencias de movemento de maneira coordinada. - Realizar exercicios de desprazamento no espazo. Observar se o alumno executa os exercicios cunha correcta utilización do espazo. - Realizar os exercicios de movementos con diferentes ritmos e enerxías.
Observar se o alumno executa o exercicio co ritmo e a enerxía demandada. - Realizar as series de momento memorizadas. Observar se o alumno memoriza e repite correctamente as series de movemento. -Realizar os exercicios no chan de contracción/release, bounces, espirais, high release e tilt nas distintas posicións no chan. Este criterio permite comprobar se o alumno comprendeu e interiorizou a execución correcta dos distintos exercicios no chan. - Realizar o exercicios de pé no eixe, de xiros, saltos desprazamento no espazo. Este criterio permite comprobar o grao de control do alumno sobre os fundamentos traballados tales como a aliñación, a sensación de peso das distintas partes do corpo, equilibrio, a dinámica e a coordinación. - Realizar os exercicios de desprazamento no chan, de cambios de eixe e desequilibrio. Este criterio permite observar a evolución no espazo do alumno coas distintas técnicas traballadas. - Realizar os exercicios de secuencias de movementos no chan. Este criterio permite comprobar se o alumno ha comprendido e interiorizado e memorizado a execución correcta dos distintos exercicios no chan. - Realizar as secuencias de movemento de exercicios de pé no eixe, de xiros, saltos desprazamento no espazo. Este criterio permite comprobar o grao de control do alumno sobre os fundamentos traballados tales como a aliñación, a sensación de peso das distintas partes do corpo, equilibrio, a dinámica e a coordinación así cómo a súa memorización. -Improvisar individualmente a partir dunhas pautas marcadas. Preténdese comprobar o desenvolvemento creativo, a expresión artística e a sensibilidade musical do alumnado.
- Compoñer unha frase coreográfica a partir do material resultante das improvisacións. Este criterio pretende comprobar a capacidade de estruturación, definición e perfeccionamento do material coreográfico atopado polo alumnado. -Interpretar as frases coreográficas elaboradas a través da improvisación con ritmos, enerxías e posibilidades espaciais diferentes. Con este criterio preténdese valorar a sensibilidade musical, rítmica e espacial do alumnado.
- Elaboración dun pequeno comentario sobre o proceso de construción da frase coreográfica. Preténdese observar a capacidade de expresión oral e/ou escrita e de análise dos traballos efectuados de maneira práctica.
MATERIA: DANZA GALEGA CONTIDOS O aspirante traerá unha peza libremente elexida ( muiñeira ou xota)coa música correspondente, que inclua paseillos, picados e puntos cos seus correspondentes brazos, dacordo cos diferentes estilos. Terá coñecemento dos costumes, os traxes, complementos e significado sociocultural das danzas galegas máis representativas. CRITERIOS DE AVALIACIÓN - Coñecer a riqueza e variedade do folclore galego, a súa orixe, indumentaria e ritmos. Con este criterio de avaliación búscase que o alumno/a coñeza as danzas tradicionais galegas e recoñeza a través do seu visionado (traxes e pasos) e audición (ritmos) os estilos básicos. - Demostrar o coñecemento básico de distintos ritmos muiñeira e xota. Este criterio pretende comprobar o sentido rítmico do alumno/a.
- Interpretar unha danza tradicional galega. Con este criterio de avaliación preténdese comprobar que o alumno coñece os pasos e os executa correctamente dentro do estilo e o ritmo.
MATERIA: DANZA DE CARÁCTER CONTIDOS -O aspirante traerá unha peza libremente elexida ( danza húngara ou mazurca)coa música correspondente, que inclua traballo cos zapatos de carácter( punta, tacón, pivots, plantas, choques cos talóns, promenades e saltos), e traballo dos brazos e da cabeza. Terá coñecemento da orixe destas danza o ritmo musical das mesmas. CRITERIOS DE AVALIACIÓN - Coñecer a variedade de estilos das danza de carácter ( danza húngara ou mazurca) así como o seu ritmo musical. Con este criterio de avaliación búscase que o alumno/a coñeza as danzas de carñacter e recoñeza a través do seu visionado (pasos) e audición (ritmos) os estilos básicos. - Demostrar o coñecemento básico da mazurca ou a danza húngara. Este criterio pretende comprobar o sentido rítmico do alumno/a. - interpretar unha danza de carácter, que inclúa os braceos, cabezas e estilo da mazurca ou da danza húngara. Con este criterio, comprobarase que o alumno acadou o concepto de estilo necesario para a danza de carácter no seu conxunto.
MATERIA: ACONDICIONAMENTO FÍSICO CONTIDOS Aliñación corporal e respiración.
- Adestramento global incrementando as resistencias e as repeticións. - Aplicación de accesorios de intensidade media. - Alongamentos globais activos ou pasivos de forma individual, en parella ou empregando accesorios. - Series de exercicios para traballar a potencia das pernas para suxeitar ás posicións en l´air. - Exercicios de mobilidade articular e ligamentosa. - Series de abdominais e lumbares executados de forma global, mantendo posicións e incrementando a resistencia. - Traballo do equilibrio sobre unha e dúas pernas, con e sen accesorios. CRITERIOS DE AVALIACIÓN. - Exercicios de pé, deitados, en prono, supino, de lado, nos planos frontal, transversal e saxital nos eixos de simetría que impliquen as accións motoras e articulares. Con este criterio trátase de comprobar o control da aliñación corporal do alumno nos distintos movementos globais propostos. - Exericicios de potenciación muscular con e sen resistencia. Con este criterio trátase de comprobar a forza e a resistencia dos distintos grupos musculares que interveñen na practica da danza. - Executar exercicios de flexibilidade de cadeira en flexión recta, cruzada e aberta. Con este criterio preténdese observar a simetría, a progresión da amplitude da mobilidade, a fluidez e a coordinación muscular. - Exercicios nos distintos planos que inclúan alongamentos globais activos ou pasivos de forma individual, en parella ou empregando accesorios. Valorar o control das costas e a ubicación da cadeira nos alongamentos, así como tamén a mobilidade máxima das articulacións e da musculatura do alumno segundo a idade e as condicións físicas do mesmo. - Series de abdominais e lumbares executados de forma global, mantendo posicións e incrementando a resistencia.
Con este criterio comprobarase que o alumno coloca a columna neutra no rodamento cara arriba, que a parte superior das costas está relaxada e a cabeza segue a liña natural da columna, así como tamén a resistencia e a potencia á hora de manter determinadas posicións. - Traballo do equilibrio sobre unha e dúas pernas, con e sen accesorios. Con este criterio comprobarase o control do eixo de simetría e da aliñación corporal por parte do alumno nas distintas posicións propostas a pé plano e a relevé. - Exercicios que inclúan momentos de suxeición das pernas en posicións en l´air Con este criterio preténdese comprobar a potencia das pernas para suxeitar ás posicións en l´air, así como tamén a aliñación corporal e a amplitude articular. - En todos os exercicios se valorará a respiración no inicio, apoxeo e fin do movemento que leva a que a execución sexa fluída, potente, útil e eficiente.
MATERIA: MÚSICA CONTIDOS Ademáis dos contidos dos cursos pasados serán: -Grafías contemporáneas. Claves -Compases dispares e de amalgama -Transporte -A música nos distintos períodos, compositores e formas. "as contas" na danza. -Modulación CRITERIOS DE AVALIACIÓN -Sentir "as contas" da danza nas audicións. -Entoar unha melodía ou canción tonal con ou sen acompañamento. -Interpretar vocal ou rítmicamente fragmentos de obras orixinais das distintas épocas. -Recoñecer na audición o período da obra e a forma.
-Compoñer obras de acordó a unha forma utilizando elementos da composición e harmonía -coñecidos. -Ler e interpretar obras con grafías contemporáneas. -Ler notas en distintas claves -Prácticar e coñecer os compases dispares e de amalgama. -Identificar auditivamente os elementos rítmicos, melódicos, modulatorios, cadencias, tímbricos e estilísticos das obras escoitadas. -Improvisar sobre esquemas harmónicos e formáis establecidos ou libres -Prácticar o transporte na composición e exercicios para esta fin. -Análizar harmónica e formalmente distintas obras e estilos. -Afianzar os coñecementos e capacidades adquiridas noutros cursos. -Mostrar unha actitude de respecto e interese a música axeitada aos obxectivos propostos.
Proba de acceso (Según Decreto 204/2007, do 11 de Outubro, D.O.G.A Nº212 do venres 2 de Novembro de 2007)
4º CURSO GRAO PROFESIONAL Especialidade: Danza Clásica
XEFATURA DE ESTUDOS
Para acceder ao 4º Curso das ensinazas profesionais de danza clásica cumprirá superar una proba específica de acceso, que englobe os contidos da programación de todas as materias de primeiro , segundo e terceiro de grao profesional. Mediante esta proba valorarase a madureza, as aptitudes e os coñecementos para cursar con aproveitamento as ensinanzas profesionais. A proba cualificarase de 0 a 10 puntos, e cumprirá una cualificación mínima de cinco puntos en cada parte para superala. A puntuación definitiva da citada proba será a media ponderada da cualificación obtida nas probas das diferentes materias. A ponderación seguirá as seguintes porcentaxes: 4º GP ESPECIALIDADE D. CLÁSICA
DANZA CLÁSICA
50%
REPERTORIO
20%
70%
MÚSICA ACONDICIONAMENTO FÍSICO MEDIA
DANZA GALEGA DANZA CONTEMPORÁNEA DANZA DE CARÁCTER
30%
MATERIA: DANZA CLÁSICA CONTIDOS
Media punta
Barra
Centro
Diagonal
Souplesse circular en dedans en relevé Souplesse en avant con tendu detrás e á 2ª ¼ de promenade á second en dehors e en dedans ½ xiro en arabesque e en attitude diante Fouetté por piqué en dedans Piqué a 2ª a 90º fronte á barra Fondus en tournant por ¼ de xiro Temp de fleche diante e detrás Flic Flac completo en dehors Grand rond de jambe en dehors con acento atrás, que parte do en cloche en relevé, a 45º, ligado e en un tempo. Frappé triple Introducción ao brisé cara atrás Ponché en arabesque Piqué á 2ª e á 4ª attitude Temp liés en arrière, saíndo desde retiré en relevé picando a 90º e baixando a pé plano, Developpé ao relevé desde 5ª diante Relevés seguidos en arabesque, attitude detrás Traballo da dobre pirueta de 5ª en dedans Piruetas seguidas de 5ª (4) Estudo do tour fouetté Petit jeté con cambio de dirección Estudo do grand jeté en avant con diferentes entrepasos: glissade, chassé, possé, contrentemp,…) Temp levés seguidos en posicións en l´air baixiñas Temps de flèche (dentro do apartado de pequenos saltos)
Emboités por plié relevé (só dous) Grand jeté en tournant ou entrelacé
Souplesse circular en dehors en relevé Souplesse en avant e cambré en retiré a pé plano Piqué á 2ª de perfil á barra Fondu batindo con media volta en dehors e en dedans (cambiando de lado na barra) Pirueta en coupé e en retiré en dehors, rematando en relevé á 2ª Combinar grand battement con tombé e retornar a piqué Grand rond de jambe en dedans con acento diante, que parte do en cloche en relevé, a 45º, ligado en dous e 1 tempo. Estudo do renvercé sen rond de jambe. Traballo da posición en cambré con epaulement.
Souplesse en avant e cambré en retiré a pé plano Pirueta en dedans en retiré rematada en plié só á 2ª Grand rond de jambe jeté en dehors e en dedans Piqué á 2ª de perfil á barra
Relevés continuados en attitude devant. Preparación da pirueta en attitude derrière e en arabesque Ballonés sautés a 2ª seguidos Preparación do brisé detrás Fondu a relevé devant e á second Fouetté en dedans por piqué Tour fouetté (2) Developpé ao relevé desde 5ª á 2ª Pirueta combinada con fouetté en dehors Piruetas seguidas de 5ª (8) ½ pirueta en dedans en attitude derrière e en arabesque con brazos en 1ª (previamente se traballará por promenade estirado e a plié) ½ tour piqué en dedans en attitude derrière. Brisé cara atrás Jeté battu Fouetté sauté en dedans Temp levés en grandes posicións (90º) Pas de basque rematado en assemblé baixiño. Sissone coupé xirando por ¼ e por ½ tour, combinado con assemblé Sissone ouvert á 2ª, possé , assemblé Preparación do manege con forma de cadrado (catro tempos cara cada dirección) Emboité en tournant por plié relevé (catro)
Fouetté en dedans por plié relevé Developpé ao relevé desde 5ª derrière Fondu a relevé á second Relevé fouetté en dedans e en dehors por piqué e por plié cloche (acento abaixo) Piruetas seguidas de 5ª (8) Relevés continuados con ¼ de xiro en arabesque e en attitude. Brazos en 1ª, en 5ª Pirueta en dedans en attitude derrière e en arabesque con brazos en 1ª (previamente se traballará por promenade estirado e a plié) Tour piqué en dedans en attitude derrière. ½ tour piqué en dedans en arabesque Tour fouetté (2) Sissone developpé á 2ª
Puntas Barra
Cambré Dégage relevé diante Balloné atrás Grand rond de jambe en l’air (90º) Developpes de plié a rélevé Relevés continuados en attitude devant e derrière de perfil
Degagé rélevé atrás Piqué en arrière a rétiré Balloné á second Estudo do salto sobre un só pé Rond de jambe en l’air simple en dehors e en dedans Chassé en avant a rétiré
Relevés continuados en 4ª diante e en arabesque de perfil Fouetté en dedans por rélevé (de diante á segunda, e da 2ª ao arabesque) Sissonne a 2ª fronte a barra Sissonne en avant
Centro
Diagonal
Fouetté en dehors por piqué (da 2ª a diante e desde o arabesque á 2ª) Pirouette en 5ª en dehors rematada a plié pointé Chassé en avant a réleve coupé Chassé á second a réleve coupé (fronte a barra) Frappé con plié-relevé, en cruz Grand battement en relevé derrière Pas de bourrée en tournant con xiro completo Chassé en avant a rélevé coupe Chassé á second a réleve coupé Relevés en coupé (dous continuados) Preparación de pirouetas continuadas de 5ª en dehors combinadas con pirueta de 5ª en dehors. Pirouettes e 5ª en dedans
Pas marché Ballonés devant (2 seguidos) primeiro sen avanzar Piqué en dedans Piqué en dehors
Chassé á second a rétiré (fronte a barra) Fondu diante, 2ª e atrás
Chassé en arrière a rélevé coupé Chassé en arrière a retiré
Rélevés continuados en coupe (4) Piqué en arrière ao developpe diante Pirouettes en 5ª en dehors, 2 continuadas Piqué developpé a 2ª Preparación de pirouetas continuadas de 5ª en dedans combinadas con pirueta de 5ª en dedans. Estudo da dobre pirueta de 4ª en dehors Pirouettes continuadas de 5ª en dehors (2) Echappé xirado por ¼ Emboité por plié rélevé (só 2)
Chassé a rélevé arabesque Pirouettes continuadas de 5ª en dehors (4) Dobre pirueta de 4ª en dedans
Rélevés en grandes posses Ballonés devant (avanzando)(2 seguidos)
Varóns
Allegro
Developpé desde soussus a relevé mantendo o equilibrio Degagé plié 90 graos en segunda recollendo a retiré relevé. Catro veces seguidas. Dobre rond de jambe a 45 dehors e dedans Piruetas continuadas en retiré Ballonnés sautés á segunda continuados. Catro ben executados con amplitude. Petit cabrioles en todas as posicións.
Diagonal
Temp levés en grandes posicións, en noventa graos e estudo da gran cabriole.
Adagio
Traballo de combinar o grand plié con piruetas- pirueta en dehors á segunda desde cuarta e desde segunda posición. Estudo da pirueta en dedans á segunda
Adagio a ritmo de valses, mantendo as grandes poses. Específico do varón. Búsqueda da expresividade. Combinacións de dobres xiros.
Pas de basque rematado en grand assemblé Sissone ouvert á segunda possé assemblé. Sostido e por developé Tour en l´air e medio rematado en diferentes posicións. Sauté de basque e assemblé en tournant. Traballo do salto propiamente de varóns.
Exercicios combinados de brisés, assemblés battús e jetés battús. Fouetté saute en dedans ao arabesque, simple e batido Estudo do entrechat six Piruetas continuadas á segunda. Catro.
Contextualización dun dos seguintes ballets do período clásico: Petipa -O Lago dos cisnes (1885) -A Bela durminte (1890) -Raymonda (1898)
CRITERIOS DE AVALIACIÓN Realizar os exercicios de barra deste nivel que o profesor no momento. Con este criterio valorarase que o alumno realiza os exercicios coa coordinación e colocación correcta facendo fincapé no emprazamento correcto do eixo con amplitude dos movementos. Realizar un exercicio de tendus no centro. Con este criterio valorarase que o alumno executa, sen descolocar o eixo, as diferentes combinacións que inclúan cambios de direccións, cos seus correspondentes brazos e épaulements. Realizar un exercicio de adagio no centro. Con este criterio comprobarase que o alumno controla o equilibrio e executa os movementos ligados con amplitude, amosando a sensibilidade e expresividade propias destes exercicios. Realizar exercicios de xiros e dobres xiros no centro. Con este criterio valorarase que o alumno realiza os movementos cunha correcta colocación do eixo na perna portante; que coordina no impulso os brazos, torso e cabeza e que controla o remate das piruetas nas distintas posicións. Realizar un exercicio que inclúa xiros con posicións en l´air no centro e na diagonal. Con este criterio valorase que o alumno executa as piruetas cun control do eixo sobre perna portante mantendo a posición en l´air ata o remate da mesma. Todo isto coa coordinación no impulso dos brazos, torso e cabeza. Realizar exercicios de xiro e dobre xiro que inclúan desprazamentos en diagonal. Con este criterio preténdese comprobar que o alumno executa os xiros de forma ligada, con velocidade e definición no espazo. Todo isto coa correcta coordinación de brazos, torso, e cabeza. Realizar exercicios de pequenos e medianos saltos que inclúan combinacións con batería.
Con este criterio valorarase que o alumno executa as combinacións de saltos con axilidade, limpeza e coordinación dentro do ritmo axeitado, amosando a batería no aire. Realizar exercicios que inclúan combinacións de grandes saltos. Con este criterio valorarase a suxeición da posición no aire, a amplitude e elevación nos saltos así como tamén a sincronización de impulsos nos entrepasos e o correcto traslado do corpo no aire. Realización de exercicios que inclúan as diferentes subidas á punta: releve, pique sobre unha perna no centro e sauté sobre dúas pernas. Con este criterio pretendese comprobar que a alumna emprega a forza necesaria para o control das subidas e das baixadas. Realización de diferentes exercicios de xiros en puntas que inclúan: xiros en dehors, en dedans, por piqué, por relevé. Con este criterio valorarase que a alumna executa os xiros coa correcta colocación do eixo sobre as zapatillas de puntas, que coordina no impulso os movementos de cabeza, torso e brazos Realización de diferentes exercicios de xiro desde a diagonal. Con este criterio valorarase que a alumna executa coa correcta colocación os xiros de forma ligada, con velocidade e definición no espazo, trasladando o eixo sobre á perna portante, todo isto coa correcta coordinación de brazos, torso, e cabeza. Realización de exercicios de pequenos, medianos e grandes saltos coas zapatillas de puntas. Con este criterio valorarase
que alumna realiza os movementos con
naturalidade e lixeireza, controlando as recepcións do salto sen perder a aliñación dos pés no aire. En todos os exercicios de puntas valorarase a súa execución con suavidade e sensación de lixeireza.
Realización de diferentes exercicios de xiros dobres “ en dehors” e “en dedans” para varóns. Con este criterio valorarase que o alumno realiza os movementos cunha correcta colocación do eixo na perna portante; que coordina no impulso os brazos, torso e cabeza, que controla o remate das piruetas nas distintas posicións e que executa as piruetas coa potencia e a velocidade propias dos varóns. Realización de diferentes exercicios para varóns que inclúan xiros con posicións en l´air combinados con sautillés . Con este criterio comprobarase que o alumno executa as piruetas cun control do eixo sobre perna portante mantendo a posición en l´air ata o remate da mesma. Todo isto coa coordinación no impulso dos brazos, torso e cabeza e coa potencia e velocidade propias dos varóns. Realización de exercicios para varóns de tour en l ´air, dobres, e sinxelos finalizando en diferentes posicións Con este criterio comprobarase que o alumno executa o exercicios coa coordinación no impulso dos brazos, torso e cabeza e coa potencia e velocidade propias dos varóns, tendo en conta o empurre na saída do salto e a precisión nas recepcións nas distintas posicións. Realización de exercicios que combinen saltos de batería con grandes saltos para varóns. Con este criterio valorarase a suxeición da potencia nos saltos
posición no aire, a amplitude e
así como tamén a sincronización de impulsos nos
entrepasos e o correcto traslado do corpo no aire, empregando axeitadamente o espazo. Realizar un exercicio de improvisación a partir dun fragmento musical. Con este criterio preténdese comprobar o sentido creativo e a musicalidade do alumno. En todos os exercicios valorarase a sensibilidade artística amosada polo alumno.
MATERIA: REPERTORIO CONTIDOS -O aspirante traerá unha das seguintes pezas de repertorio coa sua música correspondente. Terá coñecementos técnicos e históricos do ballet escollido para a súa correcta interpretación dancística. Alumnas, posibles pezas: -
Shylphides principio e coda
-
Prólogo da Bela Durminte (alumnos e alumnas)
-
Giselle. Campesiños e campesiñas
-
Bela Durminte- mazurca
-
Crebanoces. Vals dos copos de neve e vals das flores
-
Paquita- principio e coda
-
Chopiniana
Varóns, posibles pezas: -
Vals da Bela Durminte
-
Vals do Lago dos Cisnes( 1º acto)
-
Vals das flores. Ballet Quebranoces.
-
Campesiños. Giselle.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN - Interpretar unha peza de repertorio Con este criterio valorarase a actitude disciplinada do bailarín no corpo de baile, a capacidade de asumir o papel asinado, a súa responsabilidade na unidade do conxunto, executando os contidos técnicos da peza con corrección, facendo fluír sentimentos e personalidade,
MATERIA: DANZA CONTEMPORÁNEA CONTIDOS - Acercamento teórico práctico ás diferentes técnicas e estilos coreográficos de danza contemporánea. - Traballo no chan do movemento sucesional da columna vertebral. - Os rebotes e as rotación espiral da columna. - Secuencias en paralelo e en dehors con corso e balanceos de plié, tendu, passé, jeté e rond de jambe. - Traballo do torso paralelo ao chan. - Equilibrios con e sen torso. - Xiros sinxelos en paralelo. - Desprazamento con series de torsos. - Rebotes e saltos. - Caídas dende o nivel medio. - Secuencias de movemento que inclúan o traballo dos impulsos, a coordinación e a enerxía no chan. - Secuencia en paralelo e en dehors con torso e balanceos de frappé , fondu, developpé e grand battement. - O Hinge no chan. - Equilibrios e xiros con e sen torso. - Tombé en pitch. - Caídas dende nivel alto e dende o salto. - Adestramento da percepción. - Exercicios de secuencias de movemento no chan. - Exercicios de secuencias de movemento no eixe, de xiros, saltos e desprazamento no espazo. - Principais modificadores do movemento e a súa aplicación nas improvisacións dirixidas. - Construción dunha pequena frase coreográfica a través da estruturación e o perfeccionamento dos movementos elaborados.
- Traballo das variacións rítmicas e enerxéticas das frases coreográficas atopadas. - Traballo da calidade de movemento na improvisación e a súa interiorización. - Traballo do uso de estados enerxéticos e dinámicos do movemento nas secuencias de improvisación.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN - Realizar exercicios de mobilidade da columna vertebral cun control do aliñamento corporal no chan e no centro. Observar a amplitude do movemento,a coordinación a simetría e o aliñamento correcto. - Realizar os exercicios suspensións, balanceos, equilibrios, xiros, rebotes, saltos e caídas. Observar se o alumno executa as secuencias de movemento co control do aliñamento, coordinación enerxía e o ritmo requirido. - Realizar exercicios de desprazamento con series de torso. Observar se o alumno executa os exercicios cunha coordinación correcta. - Realizar as series de momento memorizadas. Observar se o alumno memoriza e repite correctamente as series de movemento. - Realizar os exercicios de desprazamento no chan, de cambios de eixo e desequilibrio. Este criterio permite observar a evolución no espazo do alumno coas distintas técnicas traballadas. - Realizar o exercicios de pé no eixe, de xiros, saltos en desprazamento no espazo. Este criterio permite comprobar o grao de control do alumno sobre os fundamentos traballados tales como a aliñación, a sensación de peso das distintas partes do coro, equilibrio, a dinámica e a coordinación. - Realizar os exercicios de secuencias de movementos no chan. Este criterio permite comprobar se o alumno comprendeu, interiorizou
e
memorizou a execución correcta dos distintos exercicios no chan. - Realizar as secuencias de movemento de exercicios de pé no eixe, de xiros, saltos desprazamento no espazo.
Este criterio permite comprobar o grao de control do alumno sobre os fundamentos traballados tales como a aliñación, a sensación de peso das distintas partes do corpo, equilibrio, a dinámica e a coordinación así cómo a súa memorización. - Improvisar individualmente coas calidades e as enerxías traballadas. Con este criterio preténdese observar se o alumno interiorizou os matices de calidade e a enerxía do movemento nas sesións de improvisación. - Compoñer unha frase coreográfica co traballo a través do traballo cos xeradores e modificadores do movemento. Este criterio pretende comprobar a capacidade de estruturación, definición e perfeccionamento do material coreográfico atopado a través dos xeradores de movemento e os modificadores estudados.
- Elaboración dun pequeno comentario sobre o proceso de construción da frase coreográfica. Preténdese observar a capacidade de expresión oral e/ou escrita e de análise dos traballos efectuados de maneira práctica. - En todos os exercicios valorarase a sensibilidade artística amosada polo alumno.
MATERIA: ACONDICIONAMENTO FÍSICO CONTIDOS ‐
Aplicación de accesorios de intensidade alta.
‐
Alongamentos globais activos ou pasivos de forma individual, en parella ou empregando accesorios.
‐
Exercicios que impliquen unha mobilidade articular e unha elongación muscular máxima.
‐
Series de exercicios para traballar a potencia das pernas para suxeitar ás posicións en l´air en amplitude máxima.
‐
Series de abdominais e lumbares executados de forma global, mantendo posicións e incrementando a resistencia.
‐
Exercicios para fortalecer o tronco e o membro superior para os alumnos con e sen accesorios.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN - Exercicios de pé, deitados, en prono, supino, de lado, nos planos frontal, transversal e saxital nos eixos de simetría que impliquen as accións motoras e articulares, con e sen accesorios. Con este criterio trátase de comprobar o control da aliñación corporal do alumno nos distintos movementos globais propostos. - Exericios de potenciación muscular con e sen resistencia propios deste nivel. Con este criterio trátase de comprobar a forza e a resistencia dos distintos grupos musculares que interveñen na practica da danza. - Exercicios nos distintos planos que inclúan alongamentos globais activos ou pasivos de forma individual, en parella ou empregando accesorios. Valorar o contol das costas e a ubicación da cadeira nos alongamentos, así como tamén a mobilidade máxima das articulacións e da musculatura do alumno. - Series de abdominais e lumbares executados de forma global, mantendo posicións e incrementando a resistencia. Con este criterio comprobarase que o alumno coloca a columna neutra no rodamento cara arriba que a parte superior das costas está relaxada e a cabeza segue a liña natural da columna, así como tamén a resistencia e a potencia á hora de manter determinadas posicións. - Traballo do equilibrio sobre unha e dúas pernas, con e sen accesorios. Con este criterio comprobarase o control do eixo de simetría e da aliñación corporal por parte do alumno nas distintas posicións propostas a pé plano e a relevé. - Exercicios que inclúan momentos de suxeición das pernas en posicións en l´air
Con este criterio preténdese comprobar a potencia das pernas para suxeitar ás posicións en l´air, así como tamén a aliñación corporal e a amplitude articular. - Exercicios para fortalecer o tronco e o membro superior para os varóns con e sen accesorios. Con este criterio preténdese comprobar a potencia e a resistencia dos distintos grupos musculares do tren superior, de forma global e separada. - En todos os exercicios se valorará a respiración no inicio, apoxeo e fin de movemento que leva a que a execución sexa fluída, potente, útil e eficiente.
MATERIA: DANZA GALEGA CONTIDOS O aspirante traerá unha peza libremente elexida ( muiñeira ou xota)coa música correspondente, que inclua paseillos, picados e puntos cos seus correspondentes brazos, dacordo cos diferentes estilos. Terá coñecemento dos costumes, os traxes, complementos e significado sociocultural das danzas galegas máis representativas. CRITERIOS DE AVALIACIÓN - Coñecer a riqueza e variedade do folclore galego, a súa orixe, indumentaria e ritmos. Con este criterio de avaliación búscase que o alumno/a coñeza as danzas tradicionais galegas e recoñeza a través do seu visionado (traxes e pasos) e audición (ritmos) os estilos básicos. - Demostrar o coñecemento básico de distintos ritmos muiñeira e xota. Este criterio pretende comprobar o sentido rítmico do alumno/a. - Interpretar unha danza tradicional galega. Con este criterio de avaliación preténdese comprobar que o alumno coñece os pasos e os executa correctamente dentro do estilo e o ritmo.
MATERIA: DANZA DE CARÁCTER CONTIDOS -O aspirante traerá unha peza libremente elexida ( danza húngara ou mazurca)coa música correspondente, que inclua traballo cos zapatos de carácter( punta, tacón, pivots, plantas, choques cos talóns, promenades e saltos), e traballo dos brazos e da cabeza. Terá coñecemento da orixe destas danza o ritmo musical das mesmas. CRITERIOS DE AVALIACIÓN
- Coñecer a variedade de estilos das danza de carácter ( danza húngara ou mazurca) así como o seu ritmo musical. Con este criterio de avaliación búscase que o alumno/a coñeza as danzas de carñacter e recoñeza a través do seu visionado (pasos) e audición (ritmos) os estilos básicos. - Demostrar o coñecemento básico da mazurca ou a danza húngara. Este criterio pretende comprobar o sentido rítmico do alumno/a. - interpretar unha danza de carácter, que inclúa os braceos, cabezas e estilo da mazurca ou da danza húngara. Con este criterio, comprobarase que o alumno acadou o concepto de estilo necesario para a danza de carácter no seu conxunto. MATERIA: MÚSICA CONTIDOS Ademáis dos contidos dos cursos pasados serán: - Práctica do repertorio vocal - Relación entre as contas do bailarín ou bailarina e os tempos musicais. - Utilización da percusión corporal e os instrumentos escolares para acompañar ao movemento e a danza - Pluralidade de estilos na música contemporánea. - A música doutras culturas. Música e medios audiovisuais
CRITERIOS DE AVALIACIÓN Sentir "as contas" da danza nas audicións. -Entoar unha melodía ou canción tonal con ou sen acompañamento. -Interpretar vocal ou rítmicamente fragmentos de obras orixinais das distintas
épocas.
-Recoñecer na audición o período da obra e a forma. -Compoñer obras dacordo a unha forma utilizando elementos da composición harmonía coñecidos. -Ler notas en distintas claves
e
-Prácticar e coñecer os compases traballados ata o momento. -Identificar auditivamente os elementos rítmicos, melódicos, modulatorios, cadencias , tímbricos e estilísticos das obras escoitadas. -Improvisar sobre esquemas harmónicos e formais establecidos ou libres. -Análizar harmónica e formalmente distintas obras e estilos. -Mostrar unha actitude de respecto e interese axeitada aos obxectivos propostos.
Proba de acceso (Según Decreto 204/2007, do 11 de Outubro, D.O.G.A Nº212 do venres 2 de Novembro de 2007)
5º CURSO GRAO PROFESIONAL Especialidade: Danza Clásica
XEFATURA DE ESTUDOS
Para acceder ao 5º Curso das ensinazas profesionais de danza clásica cumprirá superar una proba específica de acceso, que englobe os contidos da programación de todas as materias de primeiro , a cuarto curso de grao profesional. Mediante esta proba valorarase a madureza, as aptitudes e os coñecementos para cursar con aproveitamento as ensinanzas profesionais. A proba cualificarase de 0 a 10 puntos, e cumprirá una cualificación mínima de cinco puntos en cada parte para superala. A puntuación definitiva da citada proba será a media ponderada da cualificación obtida nas probas das diferentes materias. A ponderación seguirá as seguintes porcentaxes:
5º GP ESPECIALIDADE
D.
CLÁSICA DANZA CLÁSICA
50%
REPERTORIO
20%
70%
MÚSICA ACONDICIONAMENTO FÍSICO MEDIA
DANZA GALEGA DANZA CONTEMPORÁNEA DANZA DE CARÁCTER PANTOMIMA INERPRETACIÓN
30%
MATERIA: DANZA CLÁSICA CONTIDOS
Media punta Barra
Centro
Diagonal
Pirueta en retiré en dehors rematando en developpé en cruz Dobre fondu devant e á second ao relevé Renvercé (sen rond de jambe) Fouetté en dehors por plié relevé Pirueta en dehors en attitude devant Battemant divises 1/4 xiro en dehors e en dedans a pé plano Tour piqué en arabesque en dedans Combinaciólns de pequenas baterias Tour en l´air Brisé derrière Manège por oito tempos
Estudo do sissonne batido Estudo do saut de basque Dobre fondu derrière ao relevé Battement divisé por medio xiro a pé plano Developpé a 90º rematando en relevé (sen plié) Estudo da pirueta en dehors attitude derrière Sissonne en developpé diante e a 2ª Cabriole devant Brissé volé Sissonne batido arabesque Rond sauté por degagé en dehors Manège con combinacións de distintos xiros Tour fouetté (8)
Afianzamento do piqué dobre en dedans. Traballo de grandes posición de brazos Combinacións dos distintos xiros aprendidos:Piqués en dehors simples e dobres , piqués endedans simples e dobres,deboules, emboites e soutenus Grand jette al croisé en attitude
Afianzamento do piqué dobre en dehors. Traballo de grandes posición de brazos
Renversé por rond de jambe Tour á segunda por cuartos e medios xiros en dehors e en dedhans Piruetas dobres en dedans en attitude e en arabesque Piruetas en dehors attitude adiante (seguidas) Piruetas simples en dedans, por tombé. Estudo do brise volé Cabriole derrière. Rond sauté por degagé en dedans Sissonne por developé en arriere Manège con combinacións de distintos xiros combinando xiros simples, dobres e soutenous.Traballo de grandes posicións de brazos
Puntas Barra
Centro
Diagonal
Souplesse circulares en relevé en dehors e en dedans Xiros rematados en develope plie en dehors e en dedans Dobres fondus releves en grandes posicións Rond dobre en dehors e en dedans Rond de jambe en l´air desde 5ª por piqué en dehors e en dedans Afianzamento do traballo da dobre pirueta en 4ª en dehors e en dedhans Sissone en avant ao aravesque Ballones diante (4) Sissone arabesque
Diagonal de saltos sobre un e dous pes Diagonal de emboités xirados sen baixar por piqué e por relevé Emboité por plié rélevé (só 4)
Relevés seguidos en grandes posicións (arabesque, atittude derrière e devant) Sissonne en cruz Rond de jambe l´air en dehors e en dedans dende 5ª a 45º Piruetas continuadas de 5ª en dehors (8) Piruetas continuadas en coupé sen baixar a 5ª Inicio do manége Estudo do piqué dobre en dedans Estudo do xiro por piqué attitude derrière en dedans
Piruetas en dedans en attitude e arabesque Tour fouetté (4) Manège
Estudo do piqué dobre en dehors Diagonais de distintos xiros simples e dobres por piqué e por relevé Estudo do pas de cheval
Varóns Adagio
- Traballar no adagio o renversé sostido. Traballo para a preparación do impulso no gran salto.
- Traballo do gran salto: entrelacé e assemblé en tournant dentro do adagio. Importancia do plié final. - Estudo das dobres piruetas rematadas en
- Grand pliés combinados con dobres piruetas, rematadas en posicións ao aire a pe plano.
- Sissone battú arabesque e grand sissone croise combinado con assemblé
Allegro
Diagonal
plié en diferentes posicións. - Estudo do entrechat six desde plié e relevé. Tamén grand echappé six, batindo ao saír e ao pechar. Estudo do grand echappé six, batindo ao saír e ao pechar. - Estudo do dobre tour
- Grand jete en attitude en croisé e estudo do mesmo con inclinación desde o centro
- Traballo do brisé volé en diagonal - Ballonnés diante e detrás continuados. - Estudo do dobre assemblé en tournant. - Piruetas combinadas á segunda (8)
Contextualización dalgún dos seguintes ballets: Os Ballets Rusos de Diaghilev: Fokine: A morte do cisne (1907), Chopiniana (1909), Paxaro de Lume(1910). Nijinsky: Preludio á siesta dun fauno (1912) Massine: Sombrero de tres picos (1919) Nijinska: Le train bleu (1924)
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
- Realizar os exercicios de barra deste nivel que o profesor marque no momento. Con este criterio valorarase que o alumno realiza os exercicios coa coordinación e colocación correcta, así como tamén que coñece a totalidade dos pasos que compoñen a barra dunha clase de danza clásica dese nivel. - Realizar un exercicio de adagio con relevés no centro. Con este criterio comprobarase que o alumno ten un emprazamento correcto do eixo nos movementos a pé plano e a relevé, que acadou maior flexibilidade na extensión das pernas e que executa os movementos de forma ligada, coa amplitude, sensibilidade e expresividade requerida pola música. - Realizar un exercicio no que se combinen valses e piruetas dobres en dehors e en dedans en todas as posicións, xiros en posicións en l´air, así como tamén piruetas continuadas.
Con este criterio valorarase que o alumno realiza dobres piruetas con coordinación e sen perder a aliñación do corpo, amosando precisión no impulso e no remate dos xiros nas distintas posicións. Nas piruetas en posicións en l´air valorarase que o alumno mantén a posición no aire ata o remate da mesma. Todo isto coa limpeza e a fluidez nos entrepasos e nos valses das combinacións, cunha correcta utilización do espazo. - Executar un exercicio de xiros en diagonal, que inclúan dobres xiros combinando con xiros en posicións en l´air por piqué e por releve. Con este criterio comprobarase se os alumnos realizan os movementos de forma ligada, con coordinación e con velocidade, mantendo a posición ao longo de todo o xiro e sen perden a colocación do eixo do corpo. - Realizar un exercicio de xiros que inclúa desprazamentos en manège. Con este criterio valorarase que o alumno executa correctamente os cambios de dirección no espazo. - Realizar un exercicio de saltos pequenos e medianos de batería que o profesor marque no momento. Con este criterio valorarase que o alumno executa as combinacións de saltos con axilidade, velocidade, limpeza e coordinación, mantendo a suxeición do en dehors no momento da batida no aire. - Realizar un exercicio de grandes saltos desde a diagonal, nos que se inclúan os saltos xirados e batidos propios deste nivel. Con este exercicio comprobarase que o alumno acadou a potencia no impulso, a suxeición, amplitude e elevación da posición no aire, así como tamén a coordinación do corpo nos saltos xirados. Por outra banda valorarase a sincronización de impulsos nos entrepasos e medianos saltos que se inclúan nas combinacións, así como o correcto manexo do espazo. - Realizar no centro exercicios que inclúan equilibrios en puntas sobre unha perna en diferentes posicións.
Con este criterio valorarase a forza, o equilibrio, o control muscular e a aliñación do eixo sobre a perna portante así como a suavidade dos brazos e a correcta colocación do torso. - Realizar exercicios que inclúan relevés continuados en posicións en l´air, incluíndo ¼, ½ e xiros completos coas zapatillas de puntas. Con este criterio preténdese comprobar que a alumna emprega a forza necesaria para o control das subidas e das baixadas, mantendo a posición en l´air e coordinando o impulso dos brazos, do torso e da cabeza. - Realizar exercicios que inclúan xiros continuados e tour fouettes coas zapatillas de punta. Con este criterio valorarase que a alumna emprega a forza necesaria para as correctas subidas e baixadas, coordinando o impulso dos brazos, do torso e da cabeza, coa velocidade e dinámica necesarias na execución destes xiros. - Realizar exercicios que inclúan xiros combinados en manège coas zapatillas de puntas. Con este criterio preténdese comprobar que a alumna executa de forma ligada e con velocidade os xiros empregando correctamente o espazo. Todo isto coa dinámica e control nas subidas e nas baixadas, coordinando brazos, torso e cabeza. - Realizar saltos continuados sobre unha punta. Con este criterio preténdese comprobar que a alumna executa coa forza e a axilidade o salto sobre a punta, controlando o equilibrio e mantendo a colocación de brazos e torso. En todos os exercicios de puntas valorarase a súa execución con suavidade, naturalidade e sensación de lixeireza. - Realizar un exercicio para varóns que inclúa xiros dobres e triples en dehors e en dedans, en posicións en l´air e tours en l´air con diferentes terminacións (incluíndo posicións no chan).
Con este criterio valorarase que o alumno realiza os movementos cunha correcta colocación do eixo na perna portante, que coordina o impulso dos brazos, do torso e da cabeza, que controla o remate das piruetas en posicións de maior dificultade e que executa os xiros coa potencia e a velocidade propias dos varóns. - Realizar un exercicio para varóns de piruetas continuadas á segunda, combinadas con sautillés. Con este criterio comprobarase que o alumno executa as piruetas controlando o eixo sobre a perna portante e mantendo a posición á segunda ata o remate de mesma. Todo isto coa coordinación dos brazos do torso e da cabeza no impulso e coa potencia e velocidade propia dos varóns. - Realizar un exercicio de pequena batería continuada. Con este criterio valorarase a suxeición da posición no aire, a velocidade, axilidade e limpeza nos movementos, así como a elevación do salto no aire. - Realizar un exercicio de grand allegro nos que se inclúan dobres xiros e batería nos saltos deste nivel. Con este criterio valorarase a suxeición da posición no aire, a amplitude e potencia no salto, a coordinación de brazos, torso e cabeza nos saltos xirados, así como tamén a sincronización de impulsos nos entrepasos e o correcto traslado do corpo no aire, cun correcto emprego do espazo. - Realizar un exercicio que combine grandes saltos en manège. Con este criterio valorarase a suxeición da posición no aire, a amplitude e potencia no salto, a coordinación de brazos, torso e cabeza nos saltos xirados, así como tamén o correcto traslado do corpo no aire, cun correcto emprego do espazo. Nos exercicios específicos de puntas e varóns poderanse pedir todos aqueles contidos de repertorio clásico deste nivel. - Realizar un exercicio de improvisación a partir dun fragmento musical. Con este criterio preténdese comprobar o sentido creativo e a musicalidade. - En todos os exercicios valorarase a sensibilidade artística amosada polo alumno.
MATERIA: REPERTORIO CONTIDOS O aspirante traerá unha das seguintes pezas de repertorio coa sua música correspondente. Terá coñecementos técnicos e históricos do ballet escollido para a súa correcta interpretación dancística. Alumnas, pezas posibles: ( a elexir unha) Pezas posibles: - Raymonda. Paso a 4 adaptado - Entrada da fille mal gardé - Vals dos erros - Baile de graduados, cadetes - Coda do pas de quatre - Lago dos cisnes. Paso a tres Varóns, Pezas posibles ( a elexir unha) - Paso campesiño. Giselle. Versión cubana - Amigos de Fran. Grupal Coppélia - Napoli. Bournonville. Grupales
CRITERIOS DE AVALIACIÓN - Interpretar unha peza de repertorio Con este criterio valorarase a actitude disciplinada do bailarín no corpo de baile, a capacidade de asumir o papel asinado, a súa responsabilidade na unidade do
conxunto, executando os contidos técnicos da peza con corrección, facendo fluír sentimentos e personalidade.
MATERIA: DANZA CONTEMPORÁNEA CONTIDOS - Acercamento teórico práctico ás técnicas de danza contemporánea. - A dispoñibilidade corporal. - O movemento articular. - Os apoios, os impulsos e as suspensións no chan. - Traballo de caídas. - Secuencias de movemento que inclúan o traballo dos impulsos, a coordinación e a enerxía no chan. - Secuencias en paralelo e en dehors con corso e balanceos de plié, tendu, passé, jeté e rond de jambe. - Equilibrios e xiros con e sen torso. - Desprazamento con series de torsos. - Rebotes e saltos. - Memorización progresiva de series de movemento. - Secuencia en paralelo e en dehors con torso e balanceos de frappé , fondu, developpé e grand battement. - O Hinge e o pitch. - Voltas sobre un ombro seguido de outro. - Saltos desprazados unidos a caídas. - Exercicios de secuencias de movemento no chan. - Exercicios de secuencias de movemento no eixe, de xiros, saltos en desprazamento no espazo. - Práctica da improvisación libre e individual sobre unhas pautas de movemento. - Principais modificadores do movemento e a súa aplicación. - Construción dunha pequena frase coreográfica a través da estruturación e o perfeccionamento dos movementos elaborados.
- Aplicación dos modificadores do movemento. - Traballo da calidade de movemento e a súa interiorización. - Traballo do uso de estados enerxéticos e dinámicos do movemento. - Traballo das variacións rítmicas e enerxéticas das frases coreográficas. - Aprendizaxe e aplicación de técnicas de composición espacial. CRITERIOS DE AVALIACIÓN -Realizar exercicios de dispoñibilidade corporal e movemento articular no chan. Observar a coordinación e o aliñamento correcto. - Realizar as secuencias de movemento no chan. Observar os impulsos, a coordinación e a correcta utilización da enerxía. - Realizar os exercicios de suspensións, balanceos, equilibrios, xiros, rebotes, saltos e caídas. Observar se o alumno executa as secuencias de movemento co control do aliñamento, coordinación enerxía e o ritmo requirido. - Realizar exercicios de desprazamento con series de torso. Observar se o alumno executa os exercicios cunha coordinación correcta. - Realizar as series de momento memorizadas. Observar se o alumno memoriza e repite correctamente as series de movemento. -Realizar os exercicios de desprazamento no chan, de cambios de eixe e desequilibrio. Este criterio permite observar a evolución no espazo do alumno coas distintas técnicas traballadas. - Realizar o exercicios de pé no eixe, de xiros, saltos en desprazamento no espazo. Este criterio permite comprobar o grao de control do alumno sobre os fundamentos traballados tales como a aliñación, a sensación de peso das distintas partes do corpo, equilibrio, a dinámica e a coordinación. - Realizar os exercicios de secuencias de movementos no chan. Este criterio permite comprobar se o alumno comprendeu, interiorizou e memorizou a execución correcta dos distintos exercicios no chan. - Realizar as secuencias de movemento de exercicios de pé no eixe, de xiros, saltos en desprazamento no espazo.
Este criterio permite comprobar o grao de control do alumno sobre os fundamentos traballados tales como a aliñación, a sensación de peso das distintas partes do corpo, equilibrio, a dinámica e a coordinación así cómo a súa memorización. - Improvisar individualmente a partir dunhas pautas marcadas Preténdese comprobar o desenvolvemento creativo, a expresión artística e a sensibilidade musical do alumnado. - Interpretar as frases coreográficas con ritmos e enerxías demandadas. Con este criterio preténdese valorar a sensibilidade musical e rítmica do alumnado. - Compoñer unha frase coreográfica co traballo a través do traballo cos xeradores e modificadores do movemento. Este criterio pretende comprobar a capacidade de estruturación, definición e perfeccionamento do material coreográfico atopado a través dos xeradores de movemento e os modificadores estudados. - Interpretar as frases coreográficas coa calidade enerxética e dinámica demandada. Con este criterio preténdese valorar a sensibilidade do alumno a execución do mesmo material coreográfico con distintas enerxías e dinámicas co conseguinte aumento da calidade de interpretación. - Realizar unha pequena composición espacial. Preténdese comprobar se o alumno interiorizou as técnicas de composición espacial traballadas.
- Elaboración dun pequeno comentario sobre o proceso de construción da frase coreográfica. Preténdese observar a capacidade de expresión oral e/ou escrita e de análise dos traballos efectuados de maneira práctica. - En todos os exercicios valorarase a sensibilidade artística amosada polo alumno.
MATERIA: ACONDICIONAMENTO FÍSICO CONTIDOS -
Aplicación de accesorios de intensidade alta.
-
Alongamentos globais activos ou pasivos de forma individual, en parella ou empregando accesorios.
-
Exercicios que impliquen unha mobilidade articular e unha elongación muscular máxima.
-
Series de exercicios para traballar a potencia das pernas para suxeitar ás posicións en l´air en amplitude máxima.
-
Series de abdominais e lumbares executados de forma global, mantendo posicións e incrementando a resistencia.
-
Exercicios para fortalecer o tronco e o membro superior para os alumnos con e sen accesorios.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN - Exercicios de pé, deitados, en prono, supino, de lado, nos planos frontal, transversal e saxital nos eixos de simetría que impliquen as accións motoras e articulares, con e sen accesorios. Con este criterio trátase de comprobar o control da aliñación corporal do alumno nos distintos movementos globais propostos. - Exercicios de potenciación muscular con e sen resistencia propios deste nivel. Con este criterio trátase de comprobar a forza e a resistencia dos distintos grupos musculares que interveñen na practica da danza. - Exercicios nos distintos planos que inclúan alongamentos globais activos ou pasivos de forma individual, en parella ou empregando accesorios.
Valorar o control das costas e a ubicación da cadeira nos alongamentos, así como tamén a mobilidade máxima das articulacións e da musculatura do alumno. - Series de abdominais e lumbares executados de forma global, mantendo posicións e incrementando a resistencia. Con este criterio comprobarase que o alumno coloca a columna neutra no rodamento cara arriba, que a parte superior das costas está relaxada e a cabeza segue a liña natural da columna, así como temén a resistencia e a potencia á hora de manter determinadas posicións. - Traballo do equilibrio sobre unha e dúas pernas, con e sen accesorios. Con este criterio comprobarase o control do eixo de simetría e da aliñación corporal por parte do alumno nas distintas posicións propostas a pé plano e a relevé. - Exercicios que inclúan momentos de suxeición das pernas en posicións en l´air Con este criterio preténdese comprobar a potencia das pernas para suxeitar ás posicións en l´air, así como tamén a aliñación corporal e a amplitude articular. - Exercicios para fortalecer o tronco e o membro superior para os varóns con e sen accesorios. Con este criterio preténdese comprobar a potencia e a resistencia dos distintos grupos musculares do tren superior, de forma global e separada. - En todos os exercicios se valorará a respiración no inicio, apoxeo e fin do movemento que leva a que a execución sexa fluída, potente, útil e eficiente. MATERIA: DANZA GALEGA CONTIDOS O aspirante traerá unha peza libremente elexida ( muiñeira ou xota)coa música correspondente, que inclua paseillos, picados e puntos cos seus correspondentes brazos, dacordo cos diferentes estilos. Terá coñecemento dos costumes, os traxes, complementos e significado sociocultural das danzas galegas máis representativas.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN - Coñecer a riqueza e variedade do folclore galego, a súa orixe, indumentaria e ritmos. Con este criterio de avaliación búscase que o alumno/a coñeza as danzas tradicionais galegas e recoñeza a través do seu visionado (traxes e pasos) e audición (ritmos) os estilos básicos. - Demostrar o coñecemento básico de distintos ritmos muiñeira e xota. Este criterio pretende comprobar o sentido rítmico do alumno/a. - Interpretar unha danza tradicional galega. Con este criterio de avaliación preténdese comprobar que o alumno coñece os pasos e os executa correctamente dentro do estilo e o ritmo.
MATERIA: DANZA DE CARÁCTER CONTIDOS -O aspirante traerá unha peza libremente elexida ( danza húngara ou mazurca)coa música correspondente, que inclua traballo cos zapatos de carácter( punta, tacón, pivots, plantas, choques cos talóns, promenades e saltos), e traballo dos brazos e da cabeza. Terá coñecemento da orixe destas danza o ritmo musical das mesmas. CRITERIOS DE AVALIACIÓN - Coñecer a variedade de estilos das danza de carácter ( danza húngara ou mazurca) así como o seu ritmo musical. Con este criterio de avaliación búscase que o alumno/a coñeza as danzas de carñacter e recoñeza a través do seu visionado (pasos) e audición (ritmos) os estilos básicos. - Demostrar o coñecemento básico da mazurca ou a danza húngara. Este criterio pretende comprobar o sentido rítmico do alumno/a. - interpretar unha danza de carácter, que inclúa os braceos, cabezas e estilo da mazurca ou da danza húngara. Con este criterio, comprobarase que o alumno acadou o concepto de estilo necesario para a danza de carácter no seu conxunto. MATERIA: PANTOMIMA E INTERPRETACIÓN
CONTIDOS - Posibilidades do corpo expresivo e comunicativo en varias manifestacións. - Códigos e símbolos da comunicación no verbal. - Centros corporais de expresión, xestos e posturas. - A pantomima como manifestación da linguaxe corporal: orixe e historia. - Práctica de exercicios, xogos, improvisacións individuais e en grupo aplicados en concreto aos personaxes que se vaian representar.
- Análise física e psicolóxica do personaxe para descubrir analoxías e diferenzas no intérprete e poder abordalo dentro da época e do estilo da coreografía, respectando a personalidade do bailarín ou da bailarina como intérpretes. - Estudo da linguaxe corporal como vehículo para expresar emocións. - Estudo interpretativo das coreografías máis representativas de cada estilo dentro da historia da danza.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN - Expresar a través dos xestos sentimentos e estados de ánimo. Con este criterio preténdese comprobar se o alumnado asimilou os códigos, os símbolos e os xestos, e a súa conexión cos sentimentos. - Improvisar modos de actuar ante situacións e contextos marcados polo profesorado. Este criterio permite valorar a imaxinación, a capacidade creativa e o grao de interiorización dos recursos do alumnado fronte a situacións diversas. - Escenificar historias propias utilizando o material estudado na aula. Con este criterio preténdese comprobar o desenvolvemento creativo e sensitivo do alumnado. - Analizar personaxes de diversos ballets, fisicamente e psiquicamente, encadrados no seu argumento, e facer unha comparativa dos estilos ao longo da historia da danza. Este criterio permite valorar a capacidade do alumnado para captar as características máis significativas de cada personaxe e a súa aplicación práctica. - Realizar traballos interpretativos dentro dunha obra coreográfica. Este criterio pretende valorar a capacidade de resposta interpretativa do alumnado e a súa integración coa técnica da danza, así como a súa personalidade na proposta e a capacidade de transmitir ao público.
MATERIA: MÚSICA
CONTIDOS Ademáis dos contidos dos cursos pasados serán: -
A música con instrumentos musicais e con obxectos cotiás.
-
Práctica do repertorio vocal
-
Utilización da percusión corporal para acompañar movementos, cantos e danzas.
-
Práctica de exercicios auditivos.
-
A música e os compositores galegos.
-
Análise de partituras.
RITERIOS DE AVALIACIÓN Ademáis dos criterios de avaliación dos cursos pasados serán: -
Analizar partituras.
-
Ler e interpretar fragmentos musicais, respectando indicacións de dinámicas agoxicas, etc.
-
Identificar auditivamente, cadenzas, acordes, escalas e intervalos.
-
Sentir “as contas” da danza nas audicións.
-
Realizar percusión corporais ou instrumentais.
Proba de acceso (Según Decreto 204/2007, do 11 de Outubro, D.O.G.A Nº212 do venres 2 de Novembro de 2007)
6º CURSO GRAO PROFESIONAL Especialidade: Danza Clásica
XEFATURA DE ESTUDOS
Para acceder ao 6º Curso das ensinazas profesionais de danza contemporánea cumprirá superar una proba específica de acceso, que englobe os contidos da programación de todas as materias de primeiro a quinto curso de grao profesional. Mediante esta proba valorarase a madureza, as aptitudes e os coñecementos para cursar con aproveitamento as ensinanzas profesionais. A proba cualificarase de 0 a 10 puntos, e cumprirá una cualificación mínima de cinco puntos en cada parte para superala. A puntuación definitiva da citada proba será a media ponderada da cualificación obtida nas probas das diferentes materias. A ponderación seguirá as seguintes porcentaxes: 6º GP ESPECIALIDADE D. CLÁSICA
DANZA CLÁSICA
50%
REPERTORIO
20%
70%
Os alumnos poderán presentar voluntariamente una variación de paso a dous para o que será necesario traer acompañante ACONDICIONAMENTO FÍSICO DANZA GALEGA DANZA CONTEMPORÁNEA DANZA DE CARÁCTER PANTOMIMA INERPRETACIÓN MÚSICA HISTORIA DA DANZA ANATOMÍA APLICADA Á DANZA NUTRICIÓN
MEDIA
30%
MATERIA: DANZA CLÁSICA CONTIDOS
1º trimestre
Centro
Media punta 2º trimestre
Pointés con forte acentuación en todas as posicións. Traballo das extensións a máis de 90º Promenade á 2ª a 90º con e sen plié Relevés continuados á 2ª Doble rond de jambe en l´air, en dehors de plié a relevé. Pas de basque en tournant con ½ xiro, rematando de costas, en dehors e en dedans. Grand fouetté a 90º en dedans por piqué e por relevé Pirueta en dehors rematada en plié á second e derrière Pirueta en dedans rematada en plié arabesque Pirueta en dedans á second Pirueta en coupé e en retiré en dehors, rematando en relevé á second Doble pirueta de 4ª en dehors ligada con unha pirueta en attitude devan Piruetas dobres en dedans, por tombé. Pas de bourré en tournant seguido dunha pirueta de 5ª Tour fouette (16 seguidos) Entrechat six Estudo do tour en l´air por ½ xiro Garguillade simple Gran Cabriole devant e derrière Rond de jambe en l´air sauté por sissonne en dehors Grand jeté ao croisé en attitude.
Fondu a relevé con ¼ de xiro a45º (á entrada e á saída) en dehors. Grand rond de jambe porté a relevé a 1 tempo, en dehors , a 45º Doble rond de jambe en l´air en dedans, de plié a relevé. Grand fouetté a 90º en dehors por piqué Estudo da pirueta en dedans, seguida dunha pirueta en dehors. Pirueta en dehors rematada en plié devant Pirueta en dedans rematada en plié devant Doble pirueta de 4ª en dehors ligada con unha pirueta en attitude derrière. Piqué en dehors ao developpe Sissonne battu en todas as posicións, ouvert e fermé. Grand fouetté sauté. Jeté en tournant al attitude en diagonal Rond de jambe en l´air sauté por sissonne en dedans
Estudo dos equilibrios sobre unha perna en diferentes posicións. Relevés continuados en grandes posicións (á seconde e a 4ª diante) Piruetas de 5ªcontinuadas en dehors (16). Grand Rond de jambe a 45º en dehors de plié a relevé. Rond de jambe en l´air a 45º dobre, en dehors. Ballonés continuados en cruz. Grand fouetté en dedans por piqué a 45º
Grand fouetté en dedans por relevé a 45º Renversé por rond de jambe Dobre pirouette en 5ª en dedans Grand Rond de jambe a 45º en dedans, de plié a relevé. Rond de jambe en l´air a 45º dobre en dedans. Renverse Piruetas en dedans en attitude devant Manèges con diferentes pasos e combinacións. Tour fouetté (4)
3º trimestre Pirueta en dedans rematada en plié second Fondu a relevé con ¼ de xiro a45º (á entrada e á saída) en dedans. Grand rond de jambe porté a relevé a 1 tempo, en dedans, a 45º. Grand fouetté a 90º en dehors por relevé Pirueta doble attitude derriére Estudo dos sautillés en arabesque ligados con piruetas sencillas Pas de bourré en tournant seguido dunha pirueta de 5ªe un fouetté. Estudo do fouetté italiano.
Puntas
Centro
Grand fouetté en dehors por piqué a 45º Relevés continuados combinados con ¼ e ½ xiro Piruetas en dehors en attiude derrière. Ballonés sautés (8) Tour fouetté (8)
Varóns Adagio
- Traballo sempre en relevé para o fortalecemento do corpo favorecendo a estabilización para os grandes
- Potenciar o traballo do dominio do plié relevé en todas as posicións. - Combinacións de dobres piruetas
- Dobre pirueta en dedans á segunda.
Allegro Diagonal
saltos dobres.
incorporando o plié relevé: dobre en dehors plié attitude en dehors.
- Dobres piruetas rematadas en relevé. Diferentes combinacións. - Diagonal de cabrioles encadenadas. - Dobre tour en l´air en todas as súas características
- Dobre sissone en tournant a coupé e a retiré
- Dobre rond de jambe en l´air en dehors sauté por sissone
- Manége de grand jeté coupé
- Combinación de manége, do temp levé arabesque e grand jeté attitude
- Piruetas continuadas á segunda: 16
CRITERIOS DE AVALIACIÓN - Realizar os exercicios de barra deste nivel que o profesor marque no momento. Con este criterio valorarase que o alumno realiza os exercicios coa coordinación e colocación correcta, así como tamén que coñece a totalidade dos pasos que compoñen a barra dunha clase de danza clásica dese nivel. - Realizar un exercicio de adagio con relevés no centro. Con este criterio comprobarase que o alumno ten un emprazamento correcto do eixo nos movementos a pé plano e a relevé, que acadou maior flexibilidade na extensión das pernas e que executa os movementos de forma ligada, coa amplitude, sensibilidade e expresividade requerida pola música. - Realizar un exercicio no que se combinen valses e piruetas dobres en dehors e en dedans en todas as posicións, xiros en posicións en l´air, así como tamén piruetas continuadas. Con este criterio valorarase que o alumno realiza dobres piruetas con coordinación e sen perder a aliñación do corpo, amosando precisión no impulso e no remate dos xiros nas distintas posicións. Nas piruetas en posicións en l´air valorarase que o alumno mantén a posición no aire ata o remate da mesma. Todo isto coa limpeza e a fluidez nos entrepasos e nos valses das combinacións, cunha correcta utilización do espazo. - Executar un exercicio de xiros en diagonal, que inclúan dobres xiros combinandos con xiros en posicións en l´air por piqué e por releve.
Con este criterio comprobarase se os alumnos realizan os movementos de forma ligada, con coordinación e con velocidade, mantendo a posición ao longo de todo o xiro e sen perden a colocación do eixo do corpo. - Realizar un exercicio de xiros que inclúa desprazamentos en manège. Con este criterio valorarase que o alumno executa correctamente os cambios de dirección no espazo. - Realizar un exercicio de saltos pequenos e medianos de batería que o profesor marque no momento. Con este criterio valorarase que o alumno executa as combinacións de saltos con axilidade, velocidade, limpeza e coordinación, mantendo a suxeición do en dehors no momento da batida no aire. - Realizar un exercicio de grandes saltos desde a diagonal, nos que se inclúan os saltos xirados e batidos propios deste nivel. Con este exercicio comprobarase que o alumno acadou a potencia no impulso, a suxeición, amplitude e elevación da posición no aire, así como tamén a coordinación do corpo nos saltos xirados. Por outra banda valorarase a sincronización de impulsos nos entrepasos e medianos saltos que se inclúan nas combinacións, así como o correcto manexo do espazo. - Realizar no centro exercicios que inclúan equilibrios en puntas sobre unha perna en diferentes posicións. Con este criterio valorarase a forza, o equilibrio, o control muscular e a aliñación do eixo sobre a perna portante así como a suavidade dos brazos e a correcta colocación do torso. - Realizar exercicios que inclúan relevés continuados en posicións en l´air, incluíndo ¼, ½ e xiros completos coas zapatillas de puntas. Con este criterio preténdese comprobar que a alumna emprega a forza necesaria para o control das subidas e das baixadas, mantendo a posición en l´air e coordinando o impulso dos brazos, do torso e da cabeza.
- Realizar exercicios que inclúan xiros continuados e tour fouettes coas zapatillas de punta. Con este criterio valorarase que a alumna emprega a forza necesaria para as correctas subidas e baixadas, coordinando o impulso dos brazos, do torso e da cabeza, coa velocidade e dinámica necesarias na execución destes xiros. - Realizar exercicios que inclúan xiros combinados en manège coas zapatillas de puntas. Con este criterio preténdese comprobar que a alumna executa de forma ligada e con velocidade os xiros empregando correctamente o espazo. Todo isto coa dinámica e control nas subidas e nas baixadas, coordinando brazos, torso e cabeza. - Realizar saltos continuados sobre unha punta. Con este criterio preténdese comprobar que a alumna executa coa forza e a axilidade o salto sobre a punta, controlando o equilibrio e mantendo a colocación de brazos e torso. En todos os exercicios de puntas valorarase a súa execución con suavidade, naturalidade e sensación de lixeireza. - Realizar un exercicio para varóns que inclúa xiros dobres e triples en dehors e en dedans, en posicións en l´air e tours en l´air con diferentes terminacións (incluíndo posicións no chan). Con este criterio valorarase que o alumno realiza os movementos cunha correcta colocación do eixo na perna portante, que coordina o impulso dos brazos, do torso e da cabeza, que controla o remate das piruetas en posicións de maior dificultade e que executa os xiros coa potencia e a velocidade propias dos varóns. - Realizar un exercicio para varóns de piruetas continuadas á segunda, combinadas con sautillés. Con este criterio comprobarase que o alumno executa as piruetas controlando o eixo sobre a perna portante e mantendo a posición á segunda ata o remate de mesma. Todo isto coa coordinación dos brazos do torso e da cabeza no impulso e coa potencia e velocidade propia dos varóns.
- Realizar un exercicio de pequena batería continuada. Con este criterio valorarase a suxeición da posición no aire, a velocidade, axilidade e limpeza nos movementos, así como a elevación do salto no aire. - Realizar un exercicio de grand allegro nos que se inclúan dobres xiros e batería nos saltos deste nivel. Con este criterio valorarase a suxeición da posición no aire, a amplitude e potencia no salto, a coordinación de brazos, torso e cabeza nos saltos xirados, así como tamén a sincronización de impulsos nos entrepasos e o correcto traslado do corpo no aire, cun correcto emprego do espazo. - Realizar un exercicio que combine grandes saltos en manège. Con este criterio valorarase a suxeición da posición no aire, a amplitude e potencia no salto, a coordinación de brazos, torso e cabeza nos saltos xirados, así como tamén o correcto traslado do corpo no aire, cun correcto emprego do espazo. Nos exercicios específicos de puntas e varóns poderanse pedir todos aqueles contidos repertorio clásico deste nivel. - Realizar un exercicio de improvisación a partir dun fragmento musical. Con este criterio preténdese comprobar o sentido creativo e a musicalidade. En todos os exercicios valorarase a sensibilidade artística amosada polo alumno.
MATERIA: REPERTORIO CONTIDOS O aspirante traerá unha das seguintes pezas de repertorio coa sua música correspondente. Terá coñecementos técnicos e históricos do ballet escollido para a súa correcta interpretación dancística. Alumnas, posibles pezas ( a elexir unha): -Páxaro Azul -Nápoli -Variacións amigas de Coppelia -Variacións solistas de Corsario -Variación Kitri Quixote -Variación paso a tres Lago dos cisnes -Bayadera 1º acto 3ª escena -Hadas da Bela durminte -Cupido do Quixote -Variación do paso a dous de Tchaikovsky Varóns, posibles pezas ( a elexir unha): - Paxaro azul - Bela Durminte - Paso campesiño- Giselle - Variacións - Napoli - Variación paso a tres- (1º acto)- O lago dos cisnes.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN - Interpretar unha peza de repertorio das ofrecidas Con este criterio valorarase a actitude disciplinada do bailarín no corpo de baile, a capacidade de asumir o papel asinado, a súa responsabilidade na unidade do conxunto, executando os contidos técnicos da peza con corrección, facendo fluír sentimentos e personalidade.
MATERIA: DANZA CONTEMPORÁNEA CONTIDOS - Achegameto teórico práctico ás diferentes técnicas da danza contemporánea - Introdución na percepción do corpo-mente. - Secuencias de movemento que inclúan o traballo de investigación da relación do corpo no chan (enerxías, pesos, ritmos, caídas, magnetismo,etc). - Secuencias en paralelo e en dehors (pliés, tendues, jettés, retirés, rond de jambe) utilizando os diferentes puntos no espazo. - Traballo específico do equilibro e a estabilidade. - Memorización progresiva de series de movemento. - Secuencias en paralelo y en dehors (frappé , fondu, developpé e grand battement) utilizando os diferentes puntos no espazo. - Traballo de equilibrios con elevación e extensión de pernas. - Rodadas e voltas no chan: investigación e combinacións. - Caídas unidas a saltos en desprazamentos. - Exercicios de secuencias de movemento no chan e de pé. - Traballo de calidade técnica das secuencias coreográficas . - Práctica da improvisación libre e individual sobre unhas pautas de movemento. - Creación e toma de conciencia da linguaxe corporal de diferentes persoaxes, roles, emocións ou estados psico-enerxéticos. - Construción
dunha pequena frase coreográfica a través da estruturación e o
perfeccionamento dos movementos elaborados. - Traballo da calidade de movemento e a súa interiorización.
- Práctica con diferentes métodos para liberar o movemento e o potencial creativo. CRITERIOS DE AVALIACIÓN - Realizar exercicios baseados na percepción e conexión do corpo coa mente. Observar o nivel de atención sostida e a madureza do movemento. - Realizar as secuencias de movemento no chan. Observar a integración do corpo no chan, a madurez e a riqueza de movementos asimilados no proceso de investigación. - Realizar as secuencias verticais (tendus, jettés, pliés, rond de jambe,etc) con suspensións, balanceos e cunha precisa relación entre tensión-relaxación, variando os diferentes puntos no espazo. Observar se o alumno executa as secuencias de movemento coa madureza, estabilidade e axilidade mental e corporal, así como a asimilación precisa dos conceptos técnicos. - Realizar as series de movemento memorizadas. Observar se o alumno memoriza e repite correctamente as series de movemento. - Realizar os exercicios de secuencias de movementos no chan. Este criterio permite observar se o alumno ten integrado os contidos propios da materia no seu movemento. - Realizar as secuencias de movemento de exercicios de pé Este criterio permite comprobar o grao de control do alumno sobre os fundamentos traballados tales como a aliñación, a sensación de peso das distintas partes do corpo, equilibrio, a dinámica e a coordinación así cómo a súa memorización. - Realizar os exercicios de desprazamento no chan.
Este criterio permite observar a evolución no espazo do alumno coas distintas técnicas traballadas e co traballo de investigación específico. - Realizar exercicios de equilibrio con elevación e extensión de pernas. Observar o nivel de estabilidade e o equilibrio constante. - Realizar os exercicios de pé con desprazamentos, saltos e caídas. Observar a asimilación das dinámicas, os pesos e un favorable aliñamento corporal. - Improvisar individualmente a partir dunhas pautas marcadas. Preténdese comprobar o desenvolvemento creativo, a expresión artística e a sensibilidade musical do alumnado. - Creación e toma de conciencia da linguaxe corporal de diferentes persoaxes, roles, emocións ou estados psico-enerxéticos. Este criterio permite comprobar o nivel de percepción e o poder de expresión e transmisión do alumno mediante as súas creacións. - Construción
dunha pequena frase coreográfica a través da estruturación e o
perfeccionamento dos movementos elaborados. Con este criterio preténdese amosar a capacidade de estruturación e concreción para transformar a improvisación en composición. - Traballo da calidade de movemento e a súa interiorización. Mediante
este
criterio
comprobamos
o
nivel
acadado
no
traballo
de
perfeccionamento do movemento e a capacidade de interiorización do alumno. - Práctica con diferentes métodos para liberar o movemento e o potencial creativo. Con este criterio preténdese amosar a apertura da liberdade do movemento xenuíno do alumno e a súa capacidade creativa como dereito e virtude e incluso, forma de vida.
- Elaboración dun pequeno comentario sobre o proceso de construción da frase coreográfica. Preténdese observar a capacidade de expresión oral e/ou escrita e de análise dos traballos efectuados de maneira práctica. - En todos os exercicios valorarase a sensibilidade artística amosada polo alumno.
MATERIA: ACONDICIONAMENTO FÍSICO CONTIDOS -
Aplicación de accesorios de intensidade alta, rulos, pesas, barra, etc.
-
Alongamentos globais activos ou pasivos de forma individual, en parella ou empregando accesorios.
-
Realización de exercicios de esforzo mantido.
-
Localización das zonas corporais descritas en cada exercicio.
-
Control da enerxía motriz
-
Realización de exercicios característicos das distintas técnicas estudadas (alexander, pilates, ...)
-
Exercicios que impliquen unha mobilidade articular e unha elongación muscular máxima.
-
Series de exercicios para traballar a potencia das pernas para suxeitar ás posicións en l´air en amplitude máxima.
-
Series de abdominais e lumbares executados de forma global, mantendo posicións e incrementando a resistencia.
-
Exercicios para fortalecer o tronco e o membro superior para os alumnos con e sen accesorios.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN
Exercicios de pé, deitados, en prono, supino, de lado, nos planos frontal, transversal e saxital nos eixos de simetría que impliquen as accións motoras e articulares, con e sen accesorios. Con este criterio trátase de comprobar o control da aliñación corporal do alumno nos distintos movemenotos globais propostos. - Exercicios de potenciación muscular con e sen resistencia propios deste nivel. Con este criterio trátase de comprobar a forza e a resistencia dos distintos grupos musculares que interveñen na practica da danza. - Exercicios nos distintos planos que inclúan alongamentos globais activos ou pasivos de forma individual, en parella ou empregando accesorios. Valorar o control das costas e a ubicación da cadeira nos alongamentos, así como tamén a mobilidade máxima das articulacións e da musculatura do alumno. - Series de abdominais e lumbares executados de forma global, mantendo posicións e incrementando a resistencia. Con este criterio comprobarase que o alumno coloca a columna neutra no rodamento cara arriba, que a parte superior das costas está relaxada e a cabeza segue a liña natural da columna, así como tamén a resistencia e a potencia á hora de manter determinadas posicións. -Traballo do equilibrio sobre unha e dúas pernas, con e sen accesorios. Con este criterio comprobarase o control do eixo de simetría e da aliñación corporal por parte do alumno nas distintas posicións propostas a pé plano e a relevé. - Exercicios que inclúan momentos de suxeición das pernas en posicións en l´air Con este criterio preténdese comprobar a potencia das pernas para suxeitar ás posicións en l´air, así como tamén a aliñación corporal e a amplitude articular. - Exercicios para fortalecer o tronco e o membro superior para os varóns con e sen accesorios.
Con este criterio preténdese comprobar a potencia e a resistencia dos distintos grupos musculares do tren superior, de forma global e separada. -Exercicios de potenciación e elongamento de diferentes zonas do corpo. Con este criterio comprobarase que o alumno localiza os exercicios específicos de cada zona corporal. -Exercicios más significativos das distintas técnicas estudadas Con este criterio comprobarase que o alumno asimilou as distintas
técnicas
estudas. - En todos os exercicios se valorará a respiración no inicio, apoxeo e fin do movemento que leva a que a execución sexa fluída, potente, útil e eficiente
MATERIA: PASO A DOUS O aspirante traerá acompañante para o desenvolvemento da proba CONTIDOS
Traballo do adagio:
Coordinacións de parella
Preparación do promenade
Preparación do promenade
(paseos,saúdos, cambio do
arabesque en dehors,en dedans
en arabesque con 1 man ( na
lugar,andar e correr xuntos en
(con dúas mans na cintura)
procura do equilibrio da
diagonal e círculo)
Promenade completo en passé en
muller).
Combinacións de tendus, adagio,
dehors,en dedans (varón por diante
Preparación do promenade á
allegro e vals bailado xunto e por
e por detrás).
2ª con unha man.
separado.
Promenade á second en l’air con
Promenade en arabesque
Traballo de dúas mans na cintura
dúas mans (por diante e por
con unha man.
para comprobar o peso, desde 5ª
detrás).
Promenade en arabesque
buscar a saída e entrada do eixo.
Promenade completo na 4ª
con dúas mans na cintura (en
Exercicios de saltos pequenos
posición diante e attitude (con dúas
dehors).
(retendo a baixada).
mans).
Promenade en arabesque e
Equilibrios en passé, attitude e
Grand rond de jambe en dehors en
attitude con unha man (en
arabesque.
attitude e arabesque (con dúas
dehors).
Promenade en passé (varón por
mans, terminado coa man na
Rond de jambe co dúas
detrás).
cintura)
mans na cintura (en dehors).
Traballo dos equilibrios con unha
Grand fouetté en
man.
dedans,rematando ao efacé
Promenade a la 2ª con dúas
(dúas mans na cintura)
mans. Promenade en attitude diante en dehors e en dedans, con dúas mans a cintura. Pirouettes de 4ª posición en
Pirouettes de 4ª en dehors (dobres
Pirouettes rematando en
dehors (simple).
e simples)
developpé diante,rond de
Pirouettes con impulso e parada
Pirouettes de 4ª en dehors
jambe rematando en
(por rond de jambe).
rematando á second en l’air.
pirouette.
Pirouette de dedo (por fouetté)
Pirouettes de 4ª en dehors
Pirouettes de dedo
Traballo do
Diagonal de piqué en dehors,en
rematando en attitude devant e
rematando con développé
xiro:
dedans simple (o varón entra no
derriere (en l’air).
diante e conbinando con
2º xiro)
Piruoette de dedo seguido á
pirouette dúas mans na
cintura,rematando á seconde en
cintura.
l’air (por fouetté).
Pirouettes con impulso de
Pirouette de dedo rematando en
unha man en dehors (desde
rond de jambe.
o attitude e arabesque).
Triple pirouette de dedo. Soubresaut e changement de pé
Elevacións a media altura (6
Changement italiano
en 5ª (no sitio,desprazado e
entrechat quatre).
Gissade temp de fleche
xirando)
Sissone passé cambiando de pé.
(diante)
Echappé (en face).
Sissone en arabesque (fermé,
Glissade grand jeté (por
Elevacións a media altura,con
ouvert).
battement e developpé ao
Traballo do
cambio de pé.
Sissone failli assemblé e grand
efacé)
salto:
Glissade assemblé (coordinando
assemblé (desprazado).
os impulsos).
Glissade temps levé passé, pas de
Temps levé (passé,arabesque).
chat. Temp levé á 2ª en l’air. Glissade jeté á 2ª. Tombé pas de bourré glissade pas de chat (Don Quixote).
Elevación no ombreiro
Traballo dos
(attitude diante)
portés:
Poisson (desde o arabesque)
CRITERIOS DE AVALIACIÓN -
Realizar unha variación que inclúa combinacións a tèrre con posicións da alumna en l’air e promenades en dehors e en dedans. Con este criterio de avaliación trátase de comprobar o coñecemento e dominio técnico do alumno para saber colocar a alumna no seu eixe, estando pendente da súa estabilidade e controlando as translacións do centro de gravidade da alumna. - Realizar unha variación que inclúa xiros en dehors desde a cuarta posición e xiros desde unha posición de relevé ou tombé en dehors e en dedans. Con este criterio de avaliación preténdese comprobar se se asimilou e se comprendeu a técnica do xiro do paso a dous, colocación de mans, sincronización dos impulsos, etc., e se a alumna é capaz de manter con solidez e suxeición o seu corpo, axudando así ao alumno a situala en
calquera
desprazamento do seu eixe de equilibrio. -
Realizar unha variación con elevacións en l’air, saltos pequenos e elevacións ata o nivel do peito e dos ombreiros. Con este criterio de avaliación preténdese observar se o alumno é capaz
de
utilizar o impulso do salto da rapaza, así como de elevala e baixala suavemente e en eixe ata o chan, e comprobar se a alumna pode realizar no aire a posición clara e precisa, mantendo a colocación e a estética da danza. - Realizar unha variación que inclúa un salto da alumna sobre o peito ou o ombreiro do alumno. Con este criterio trátase de comprobar a sincronización dos impulsos de ambos e a aprendizaxe técnica destes pasos para a súa execución. - Realizar unha variación que inclúa elevacións con fixacións de posicións no aire cos brazos do alumno estendidos cara a arriba.
Con este criterio de avaliación preténdese comprobar a preparación
física do
alumnado, coa utilización do traballo e a forza das pernas e non das costas, a sincronización dos impulsos de ambos e a aprendizaxe adquirida desta técnica. En todos os criterios avaliarase a capacidade artística, a sensibilidade e a musicalidade do alumnado, así como o grao de asimilación do papel do acompañante por cada membro da parella.
MATERIA: DANZA GALEGA CONTIDOS O aspirante traerá unha peza libremente elexida ( muiñeira ou xota)coa música correspondente, que inclua paseillos, picados e puntos cos seus correspondentes brazos, dacordo cos diferentes estilos. Terá coñecemento dos costumes, os traxes, complementos e significado sociocultural das danzas galegas máis representativas. CRITERIOS DE AVALIACIÓN - Coñecer a riqueza e variedade do folclore galego, a súa orixe, indumentaria e ritmos.
Con este criterio de avaliación búscase que o alumno/a coñeza as danzas tradicionais galegas e recoñeza a través do seu visionado (traxes e pasos) e audición (ritmos) os estilos básicos. - Demostrar o coñecemento básico de distintos ritmos muiñeira e xota. Este criterio pretende comprobar o sentido rítmico do alumno/a. - Interpretar unha danza tradicional galega. Con este criterio de avaliación preténdese comprobar que o alumno coñece os pasos e os executa correctamente dentro do estilo e o ritmo.
MATERIA: DANZA DE CARÁCTER CONTIDOS -O aspirante traerá unha peza libremente elexida ( danza húngara ou mazurca)coa música correspondente, que inclua traballo cos zapatos de carácter( punta, tacón, pivots, plantas, choques cos talóns, promenades e saltos), e traballo dos brazos e da cabeza. Terá coñecemento da orixe destas danza o ritmo musical das mesmas.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN - Coñecer a variedade de estilos das danza de carácter ( danza húngara ou mazurca) así como o seu ritmo musical. Con este criterio de avaliación búscase que o alumno/a coñeza as danzas de carñacter e recoñeza a través do seu visionado (pasos) e audición (ritmos) os estilos básicos. - Demostrar o coñecemento básico da mazurca ou a danza húngara. Este criterio pretende comprobar o sentido rítmico do alumno/a. - interpretar unha danza de carácter, que inclúa os braceos, cabezas e estilo da mazurca ou da danza húngara. Con este criterio, comprobarase que o alumno acadou o concepto de estilo necesario para a danza de carácter no seu conxunto.
MATERIA: PANTOMIMA E INTERPRETACIÓN
CONTIDOS - Posibilidades do corpo expresivo e comunicativo en varias manifestacións. - Códigos e símbolos da comunicación no verbal. - Centros corporais de expresión, xestos e posturas. - A pantomima como manifestación da linguaxe corporal: orixe e historia. - Práctica de exercicios, xogos, improvisacións individuais e en grupo aplicados en concreto aos personaxes que se vaian representar. - Análise física e psicolóxica do personaxe para descubrir analoxías e diferenzas no intérprete e poder abordalo dentro da época e do estilo da coreografía, respectando a personalidade do bailarín ou da bailarina como intérpretes. - Estudo da linguaxe corporal como vehículo para expresar emocións.
- Estudo interpretativo das coreografías máis representativas de cada estilo dentro da historia da danza.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN - Expresar a través dos xestos sentimentos e estados de ánimo. Con este criterio preténdese comprobar se o alumnado asimilou os códigos, os símbolos e os xestos, e a súa conexión cos sentimentos.
- Improvisar modos de actuar ante situacións e contextos marcados polo profesorado. Este criterio permite valorar a imaxinación, a capacidade creativa e o grao de interiorización dos recursos do alumnado fronte a situacións diversas.
- Escenificar historias propias utilizando o material estudado na aula. Con este criterio preténdese comprobar o desenvolvemento creativo e sensitivo do alumnado.
- Analizar personaxes de diversos ballets, fisicamente e psiquicamente, encadrados no seu argumento, e facer unha comparativa dos estilos ao longo da historia da danza. Este criterio permite valorar a capacidade do alumnado para captar as características máis significativas de cada personaxe e a súa aplicación práctica.
- Realizar traballos interpretativos dentro dunha obra coreográfica. Este criterio pretende valorar a capacidade de resposta interpretativa do alumnado e a súa integración coa técnica da danza, así como a súa personalidade na proposta e a capacidade de transmitir ao público.
MATERIA: MÚSICA
CONTIDOS Ademáis dos contidos dos cursos pasados serán: -
A música con instrumentos musicais e con obxectos cotiás.
-
Práctica do repertorio vocal
-
Utilización da percusión corporal para acompañar movementos, cantos e danzas.
-
Práctica de exercicios auditivos.
-
A música e os compositores galegos.
-
Análise de partituras.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN Ademáis dos criterios de avaliación dos cursos pasados serán: -
Analizar partituras.
-
Ler e interpretar fragmentos musicais, respectando indicacións de dinámicas agoxicas, etc.
-
Identificar auditivamente, cadenzas, acordes, escalas e intervalos.
-
Sentir “as contas” da danza nas audicións.
-
Realizar percusión corporais ou instrumentais.
MATERIA: HISTORIA DA DANZA
CONTIDOS
Orixe e evolución da danza. Os grandes períodos, a sua relación co resto das artes: -A danza na prehistoria e no mundo antigo -A danza na Idade Media -A Danza no Renacemento O Quattrocento: Contexto e características xerais, Tipos de representacións e espectáculos no Quattrocento, Principais danzas no Renacemento, Primeiros mestres e tratados de danza no Quattrocento O Cinquecento:
Contexto e características xerais, Principais danzas no
Renacemento francés, Mestres e tratados de danza no Cinquecento, O xurdimento do Ballet de Corte. - A danza no Barroco O Ballet baixo o reinado de Luís XIII O Ballet baixo o reinado de Luís XIV , creación da Academia Real da Danza e da Academia Real de Música Novos xéneros de espectáculo Principais personalidades dancísticas da época, Primeiras bailarinas profesionais
- A danza no século das luces: Contexto e características xerais , principais figuras dancísticas do século XVIII, Espectáculos coreogréficos máis destacados do século XVIII
- A danza no século XIX: Contexto e características xerais Primeira mitade do século XIX. O Ballet romántico, Principais figuras dancísticas do ballet romántico, obras principais, importancia da evolución no vestiario e no calzado. A segunda mitade do século XIX. O Clasicismo do Ballet en Rusia: Marius Petipa e o seu legado.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN ‐
Coñecer os conceptos de danza dende a prehistoria ata o século XIX
Este criterio de avaliación pretende comprobar o nivel de comprensión do alumnado relativo áevolución, a través da historia occidental, dos conceptos que caracterizaron a danza e o baile dentro destas datas.
‐
Establecer esquematicamente os grandes períodos da historia da danza: formas, estilos e elementos coreográficos, dende a antiguidade ata o século XIX.
Este criterio de avaliación pretende comprobar o desenvolvemento da capacidade do alumnado para establecer as liñas xerais dos orixes da danzas ata o século XIX, así como as principais formas, os estilos e os elementos coreográficos que evolucionarán paralelamente ás formas musicais.
‐
Ubicar as principais personalidades dancísiticas na sua época correspondente.
Con este criterio preténdese comprobar que o alumno asimilou os conceptos relativos a evolución histórica da danza, e que é capaz de relacionar as principais figuras dancísticas coa época correspondente e o legado deixado por elas.
MATERIA: ANATOMÍA APLICADA Á DANZA
CONTIDOS -
Xeneralidades anatómicas. Planos anatómicos. Eixos de movemento. Termos de relación e posición . Tecidos corporais.
-
Osteoloxía:
Introdución. Esqueleto humano. Configuración externa dos osos
Configuración interna dos osos. Vascularización, inervación e Funcións dos osos. -
Artroloxía: Introdución. Clasificación. Compoñentes articulares. Factores que limitan a mobilidade. Factores de coaptación.
-
Mioloxía: Introdución. Características. Clasificación. Insercións. Funcionalidade. A postura e a dinámica. Tecido conxuntivo. Biomecánica.
-
Neuroloxía: Introdución. Sistema nervioso. Sinápsis. Tipos de fibras. Receptores. Clasificación Funcional.
-
Columna Vertebral: Introdución. Disco vertebral. Aparato ligamentoso. Función Vertebral.
-
Caixa torácica: articulacións do tórax.
-
Cintura Pélvica: Xeneralidades. Articulacións e medios de unión. Articulación sacro-ilíaca. Sínfisis púbica. Articulación sacrococcíxea.Estática do cinto pélvico. Dinámica do cinto pélvico.
-
A cadeira: cinemática e rangos de mobilidade. Músculos. Cinética e aparato motor.
-
Os xeonllos: Eixo de mobilidade. Arquitectura. Superficies óseas . Superficies articulares. Articulacións. Medios de unión. Estática do xeonllo. Cinemática. Cinética e aparato motor.
-
Sistema cardiovascular, a súa participación e adaptación ao exercicio físico de diversas intensidades. Movementos respiratorios. Coordinación da respiración co movemento corporal.
CRITERIOS DE AVALIACIÓN Coñecer os elementos que configuran a nosa anatomía, a través do seu recoñecemento práctico. ‐
Con este criterio preténdese valorar o coñecemento que posúe o alumnado acerca dos ósos, as articulacións, os tendóns e os músculos.
Coñecer os principio anatómicos, biomecánicos e fisiolóxicos que rexen o movemento, así como a súa utilización na danza. ‐
Este criterio permite valorar o coñecemento que posúen os alumnos e as alumnas dos principio da anatomía, a fisioloxía
e a biomecánica,
así
como a súa
capacidade de relacionalos dunha maneira práctica coa danza. Coñecer os graos de mobilidade do pescozo, o tronco, a pelve, xeonllos.
as cadeiras, e os
‐
Con este criterio trátase de comprobar se o alumnado coñece a función, os seus graos de movemento e a colocación correcta de cada unha das articulacións estudadas.
Explicar a función que desempeña o aparato respiratorio no corpo humano como instrumento de expresión e os beneficios dunha boa utilización do mesmo na práctica da danza. ‐
Con este criterio comprobarase que o alumno asimilou a importancia do aparato respiratorio na práctica da danza.
Explicar os requirimentos cardiovasculares , respiratorios e as diversas cualidades físicas (flexo-elasticidade, forza e coordinación). ‐
Con este criterio preténdese comprobar si o alumno asimilou cada un dos aspectos que
tipifican o traballo físico identificando estes aspectos na práctica
da danza. Xustificar documentalmente os beneficios físicos e mentais que proporciona a práctica regular da danza. ‐
Con este criterio valorarase , dunha parte o coñecemento adquirido polo alumno sobre os efectos beneficiosos derivados da práctica da danza, e por outra a súa capacidade de comprender, recompilar, organizar e analizar información sobre a transcendencia social de ditos beneficios.
MATERIA: NUTRICIÓN CONTIDOS Necesidades nutricionais do organismo humano. -Introdución á dietética (os nutrientes, os alimentos, nutrición en estados especiais). -Técnicas de alimentación. -Táboa de composición de alimentos.
-Grupos de alimentos. -A elaboración dunha dieta nos distintos estadíos do bailarín. - Patróns alimentarios na idade escolar. -Adquisición de hábitos alimentarios saudables. -Cambios fisiolóxicos e modificacións alimentarias na adolescencia. - Características xerais nos trastornos de conduta alimentaria. -A enerxía e as súas unidades. -Necesidades enerxéticas do bailarín. - Medidas do gasto enerxético (mínimo e total).
CRITERIOS DE AVALIACIÓN -Explicar a relación entre nutrición axeitada e rendemento físico axeitado e identificar as costumes nutricionais que conducen á malnutrición. Este criterio avalía a comprensión adquirida sobre nutrientes enerxéticos e non enerxéticos, hidratación e a súa distribución nunha dieta sana axeitada á i ntensidade do exercicio físico realizado, que evite as carencias e os excesos que conducen á enfermidade
-Expoñer razoadamente un hábito ou comportamento nutricional que mellore o rendemento físico e artístico e deba ser practicado para previr os posibles trastornos alimentarios. Con este criterio preténdese valorar se o alumno adquiriu o risco que conleva unha mala práctica nutricional.
-Elaborar unha dieta sobre estadíos do bailarín proposto polo profesor Con este criterio valorarase que o alumno asimilou as necesidades nutricionais do bailarín, tendo en conta as distintas etapas. Así como tamén coñecen as táboas de composición de alimentos e os seus distintos grupos.