O interese de Philip Glass por diferentes estilos musicais dende o pop ata as bandas sonoras o levan a colaborar con diferentes artistas como Paul Simon, Mike Oldfield, Linda Ronstadt, Yo-Yo Ma, Doris Lessing e Robert Wilson, ademáis de crear a súa grupo, o Philip Glass Ensemble. Iannis Xenakis Braila (Rumanía) 1922 – París 2001 Compositor e arquitecto de orixe grego aínda que nacionalizado francés, é considerado o creador da chamada música estocástica baseada na aplicación de teorías matemáticas na composición musical. A vida de Xenakis non foi nada doada, algo que marcou a súa carreira como compositor. Ós 10 anos trasladouse coa súa familia a Grecia, onde máis tarde comenzou estudos de enxeñería en Atenas, os cales foron interrumpidos pola ocupación nazi do seu país. Participou na resistencia grega durante a Segunda Guerra Mundial e na primeira fase da Guerra Civil Grega como membro do Exército de Liberación do Pobo Grego, sendo ferido de gravidade coa pérdida dun ollo e desfiguración de parte do seu rostro en 1945. Un ano máis tarde finalizou os seus estudos de enxeñería, pero viuse obrigado a exisliarse en París debido á persecución da que foi víctima debido ó seu activismo político, e alí comenzou a traballar no estudio do famoso arquitecto Le Corbusier (entre outros edificios deseñou o Pabellón Philips de la Exposición Internacional de Bruselas de 1958) á vez cos estudos de composición con Arthur Honegger, Darius Milhaud e Olivier Messiaen. A obra de Xenakis alonxouse das tendencias predominantes na vangarda da súa época, dominadas polo serialismo, post-serialismo ou a música aleatoria de John Cage, e propuxo unha modalidade compositiva na que as densidades, texturas e os comportamentos individuais dos eventos estaban determinados por procesos formais baseados en leis estadísticas e probabilísticas. Pioneiro do uso da computadora na composición musical algorítmica, Xenakis tamén utilizou outros procedementos matemáticos na composición das súas obras como a teoría dos xogos, a álxebra booleana ou a cadea de Markov. A Música tradicional da India, Xapón e África, tamén están presentes na súa música a través dun proceso de abstracción. En 1997 obtivo o Premio Kyoto que concede a Fundación Inamori de Kyoto. Ben Hackbarth Phoenix (Arizona) 1982 A música de Ben Hackbarth está enfocada á combinación entre os timbres, os xestos e as propiedades acústicas dos instrumentos occidentais cós sons electrónicos en formas novas e inesperadas. A través da investigación da identidade, da tradición, da técnica e do virtuosismo instrumental introducido no son electrónico, busca captar e ampliar a nosa comprensión semántica dos instrumentos, resaltando a percepción dos límites e limitacións para crear fricción e forma. Realizou os seus estudios superiores de composición na Eastman School of Music onde estudou con Allan Schindler, Morris Bob, Martin Bresnick, Steven Stucky e Christopher Rouse, optando na actualidade ó título de doutor en composición na Universidade de California (San Diego) onde estuda con Roger Reynolds. Outros dos seus mestres foron Philippe Manoury, Puckett Miller e Chaya Czernowin. As súas obras foron interpretadas por grupos como Arditti String Quartet, Ensemble InterContemporain, Ensemble SurPlus, Collage New Music Ensemble, Kenners ou Wet Ink Ensemble, en festivais como Cité de la Musique, Akademie Schloss Solitude, SEAMUS festival, SIGGRAPH , Florida Electro-acoustic Music Festival , Santa Fe Chamber Music Festival , E-Werk Pelt Gallery, Festival of New American Music, San Diego Museum of Art, Ingenuity Festival, Los Angeles Municipal Art Gallery e Roulette Concert Space. Ben tamén é compositor e investigador no Center for Research and Computing in the Arts da Universidade de California, onde ten colaborado con outros artistas para crear instalacións multimedia en tempo real con gráficos, son, visión computacional e captación de movemento.Actualmente vive en París onde é compositor en residencia no IRCAM.
OPENING ESPECTÁCULO DE DANZA, PERCUSIÓN, POESÍA E VÍDEO-CREACIÓNS
Xoves 7 de febreiro de 2013 20:30h AUDITORIO DO CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA DE LUGO