Acceso ao 2,3,4 ge

Page 1

PROBAS ACCESO GRAO ELEMENTAL

Para acceder a calquera dos OUTROS CURSOS DO GRAO ELEMENTAL (2º, 3º E 4º) realizarase unha proba de nivel de danza clásica, danza de carácter , danza galega e música, que terá lugar no mes de setembro. Nesta proba pediranse contidos das materias do curso inmediatamente anterior ao que se accede.

Na proba valoraranse a idade, as aptitudes físicas e musicais, así como tamén os coñecementos e a madurez dos aspirantes.

ACCESO A 2º CURSO GRAO ELEMENTAL

MATERIA: DANZA CLÁSICA Contidos. - Realización de exercicios no chan para a toma de conciencia do corpo, percepción e recoñecemento das primeiras sensacións: tensión, relaxación, elevación, elongación, apoio, empurre, suxeición, peso, xiro e elasticidade. - Coñecemento das diversas funcións de cada parte do corpo: os pes, as pernas, a pelve, o torso, os brazos e a cabeza. - Comezo do estudo “en dehors”. Inicio do estudo dos movementos dos brazos, posicións dos brazos, mans e cabeza. - Concienciación e comezo da coordinación no espazo a partir da súa referencia corporal. - Percepción e educación da respiración na colocación estática. - Toma de conciencia e desenvolvemento dos seus sentidos (oído, vista e tacto). - Traballo en grupo, desenvolvemento do sentimento de unidade en relación cos demais. - Execución de exercicios de improvisación.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.