BIOFUEL, Enzimas. Cuestións de aplicación Actividade 1 1. Observaches algún cambio na reacción enzimática ou nos tubos cónicos de control mentres tiña lugar a reacción? 2. Que pasou coa disolución en cada cubeta logo de engadir a mestura enzima/sustrato á disolución de paro? 3. Escribe a reacción química que ten lugar nesta práctica. 4. Compara a cantidade de producto producido na reacción catalizada pola enzima coa dos controis nos que non se engadiu enzima. 5. Se tomaras unha medida a 15 minutos, ¿cres que se terían producido máis productos que en 8 minutos? Razona a resposta. 6. Como se pode estimar a cantidade de produto (en nmol) producida pola enzima? 7. Por que a cantidade de luz absorbida pola mostra é proporcional á cantidade de producto producido? 8. Determina a velocidade inicial de aparición de productos a partires dos valores de absorbancia. [Apuntamento: A tasa de producción do producto mídese en unidades de absorbancia/min ou nmol/min i é a pendente da liña entre os valores 0 e 1 minutos.] 9. É a tasa de producción do producto constante no tempo? [Pista: Observa a pendente da curva ó longo do tempo] Actividade 2 1. Como se pode determinar a tasa inicial da reacción para cada temperatura? 2. A que temperatura cres que esta enzima traballa mellor? Como chegas a esa conclusión? 3. ¿Por que as reaccións químicas ocurren máis rápidamente a temperaturas máis altas e máis lentamente a temperaturas máis baixas? 5. ¿Por qué a meirande parte das reacciónnes enzimáticas son máis lentas a temperaturas moi altas? 6. Se traballaras nu laboratorio no que se pretende usar esta enzima para producir industrialmente glucosa, que temperatura pensas que se tería que escoller para a reacción? 7. Segundo esta actividade, en que tipo de ambiente pensas que vive un organismo que produza esta enzima in vivo? Xustifica a resposta. “Pa’ nota” 1. Que tipos de ligazóns dos implicados na estabilización da estructura terciaria dunha enzima partirán a alta temperaturas? ¿Cales non partirán? 2. Establécense ligazóns covalentes entre as cadeas laterais dos aminoácidos? 3. ¿Cal pode ser a desvantaxe de usar a temperatura máis alta que rinda unha tasa de formación de producto máis rápida?