Lección 2: electroforese en xel de agarosa e visualización dos fragmentos de ADN Preparación previa Obxectivos: ● Preparar o patrón HindIII (marcador de ADN) e alicuotas (opcional) ● Preparar alicuotas de tampón de carga de ADN (opcional) ● Preparar a cámara de electroforese ● Diluir Fast Blast a 1x (para tinguidura nocturna) ou a 100x (para tinguidura rápida). ● Configurarlas estacións de traballo de estudantes e do profesor. Tempo requerido: uns 45 minutos. Requerimentos: ● Marcador de ADN HindIII ● tinguidura de carga ● Cubetas de electroforese coas súas bandexas de xel e peines. ● Tampón de electroforese (TAE 1x) ● tinguidura para ADN Fast Blast a 500x Procedemento
1. Preparar o patrón HindIII (marcador de ADN) e alicuotas (opcional). Engadir 20μL de tinguidura de carga ó vial que contén o marcador de ADN HindIII. Se és posible, quentar o marcador a 65ºC durante 5 minutos, colocalo de seguido en xeo (este tratamento resulta nunha mellor separación das bandas). Etiquetar 8 viais como “M”. Distribuir 15μL do marcador de ADN con tinguidura de carga neses 8 viais. 2. Distribuir as alicuotas da tinguidura de carga. Etiquetar 8 tubos como “LD” para a tinguidura de carga e distribuir 30μL de tinguidura de carga que se usará coas mostras en cada tubo. 3. Preparar a cámara de electroforese. Unha vez que o xel de agarosa se ten solidificado, pódese iniciar a carga das mostras para, de seguido, comezar a electroforese. a. Ó colocar a bandexa do xel na cámara de electroforese, poñer atención en que os pocillos sitúanse no extremo do cátodo (negro). As mostras de ADN migrarán cara ó ánodo (vermello) durante a electroforese.