“ FOLERPAS CONFINADA 2020”
COÑECENDO A RICARDO CARVALHO CALERO Como xa tod@s sabedes este ano o día das letras galegas está dedicado a Ricardo Carvalho Calero, que foi unha persoa importante na sociedade galega e un gran defensor da nosa lingua. Naceu en Ferrol no ano 1910 e coa idade de 16 trasladouse a Santiago de Compostela para estudar Dereito e Filosofía e Letras. Durante esta época mergullouse no mundo da política axudando a crear o Partido Galeguista. Co tempo, as súas ideas levárono a ser condenado a 12 anos de cárcere, dos cales só cumpriu dous. Seguro que na vosas mentes tedes a idea de que Carvalho Calero era escritor, pois claro que o era! Pero non só escritor! Foi un home polifacético, é dicir, dedicouse a moitísimas cousas ao longo dos 79 anos que viviu: político,editor, profesor...
Diseño de Carla Montes (3º Primaria)
16