Revista Carboeiro Escolar nº IV

Page 1

Carboeiro Escolar Revista Nº IV - Xuño 2018

CARREIRA DO MAGOSTO

ECOTROPA E HORTA

CANDELORIA

PROXECTO PÍNTEGA

MARIA VICTORIA MORENO

FOTOGRAFÍA EN CURSO 1


CONTIDOS

Editorial

03 Carreira do Magosto

Aquí comeza unha nova edición da revista “Carboeiro Escolar”. Este cuarto número contén moitos proxectos, eventos e actividades que mostran o traballo desenvolvido neste curso 2017/18. Detrás de cada reportaxe e de cada foto reflíctese os valores, principios e conviccións do CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés como son a promoción e divulgación da nosa cultura e da nosa lingua, o impulso e fortalecemento da biblioteca escolar como verdadeiro motor de moitas aprendizaxes, o respecto e coidado do medio ambiente (proxecto píntega), a práctica de moitas e diversas actividades deportivas e de lecer (xadrez, baloncesto, tenis de mesa) utilizando diferentes ferramentas como poden ser as dixitais e a radio Ü. Non esquecemos que somos un centro Plurilingüe e como tal preparámonos para sermos unha cidadanía planetaria. Os nosos alumnos e alumnas precisan saír do colexio con outros idiomas internacionais para ser capaces de relacionarse, aprender e vivir culturas diferentes da súa. Con este fin viaxou o alumnado de sexto de primaria a Edimburgo e Durham do 21 ao 25 do mes de abril. Agradecemos o traballo na promoción e aprendizaxe da lingua inglesa de Jessica Gauder, auxiliar de conversa, que participou de maneira xenerosa en todas as actividades do centro. Esperamos que sexa de voso agrado esta revista e a leades con atención e interese porque gustaríanos que máis que saber o que facemos, cheguen a ver os nosos sentimentos e soños, desexamos chegar a ser un excelente e gran centro educativo para os seus fillos e fillas.

04 Candeloria 05 Día de Rosalía 06 Semana do teatro 07 Our trip to the UK 08 María Victoria Moreno 09 Proxecto Píntega 10 Fotografía en curso 11 Biblioteca 12 Radio Ü 13 Deportes 14 ANPA “Carboeiro” 15-19 Orlas

CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés Av. Álvaro Cunqueiro s/n 15888 Sigüeiro- Oroso Ceip.caminho.ingles@edu.xunta.es www.edu.xunta.es/centros/ceipcaminhoingles Tfno: 881 996 180 Revista Escolar CARBOEIRO ESCOLAR Revista Nº IV- xuño 2018 EXEMPLAR GRATUITO

Moitas grazas e feliz verán!

FINANCIA: EDLG COORDINACIÓN: EDLG 2

IMPRIME: PRELO


O CARBOEIRO ÉNCHESE DE PÍNTEGAS NA 
 IV CARREIRA DO MAGOSTO

Houbo xogos, premios e máis de trescentos participantes nun día no que acompañou o tempo. O 31 de outubro fixemos unha festa chea de actividades para celebrar esta tradición como é debido. As camisetas deste ano, en negro e amarelo, daban colorido “píntega” a esta edición. E como rematou cunha entrega de premios nun podio, nós, o grupo de sexto de primaria, damos os nosos gañadores. En terceiro lugar do que máis nos gustou, queremos mencionar o campionato de peóns e as escobas que

decoraron a nosa entrada ao edificio: dende noivos e noivas ata arañas feas e peludas. No segundo chanzo, colocamos os xogos en inglés entre carreira e carreira, os contos de terror, e as deliciosas castañas que sempre saben a pouco. E no máis alto do podio, a carreira todos/as xuntos/as, o esforzo dos nenos/as, a compañía do CRA de Oroso e de Nuno Costa (entrevista incluída), e os traballadores/as do cole, pais, nais, avós e avoas que pasamos un día en grande. Un merecido trofeo para todos/as.

3


O NADAL Un ano mais o Nadal no cole, como xa vén sendo tradición foi moi emocionante. Elaboramos as postais para a familia, e para o intercambio cos nosos compañeiros; escribimos as cartas para o Paxe Real, e fixemos o galano con material de refugallo para solidarizarnos co consumo xusto e co coidado do medio ambiente. Os galanos como sempre foron sorprendentes e dunha gran creatividade. Tampouco faltou a tradicional festa de benvida ao ano novo coa simulación das doce badaladas, moito baile e o chocolate con churros.

A CANDELORIA Vai de amor O 2 de febreiro é o día da Candeloria, día do amor no que casan os paxaros e danse bicos, xa sabedes como di o refrán “pola Candeloria ningunha ave voa soa”. No Ceip Plurilingüe do Camiño Inglés para celebrar este día fixemos un certame de cartas de amor. Botamos as cartas nunha caixa de correo branca e vermella arredor había globos vermellos con forma de corazón, era un día especial para todo o cole. De premio houbo unha planta e un caderno pequeno e despois os gañadores e gañadoras foron á radio Ü e gravaron as cartas. Ademais puxeron as cartas g a ñ a d o r a s n a p a r e d e. A s c a r t a s escribíronselle ás persoas que máis queremos: a familia, mascotas, profes, Reis Magos, compañeiros e compañeiras, seres queridos... Todos e todas nos esforzamos un montón, son moi bonitas as cartas que facemos e pasámolo mooooi ben!

As persoas que gañaron foron: Samuel de 5ºInfantil, Antonio e Yesenia de 6ºInfantil, Mauro de 1ºPrimaria, Nerea e Uxía de 2ºPrimaria, Alejandra de 3ºPrimaria, Iago, Nico e Iago de 4ºPrimaria e Antonio e Aarón de 6ºPrimaria.

4


O ENTROIDO

O 9 de febreiro celebramos o entroido con János Zádori. O alumnado do centro disfrazouse de vellas para regresar a eses tempos antigos onde se facía o Camiño Inglés. Atopámonos cun crego chamado János Zádori que quería coñecer algo máis da nosa cultura e coñecer como se vivía nesa época. Este crego escribiría na viaxe un diario que máis tarde foi publicado como un libro. As vellas fixeron unha ruta polo pobo, como o tempo

DÍA DE ROSALÍA

non nos permitiu ir ao Carboeiro, tivemos que facer o encontro no patio cuberto do noso centro. Despois do encontro, que estivo moi ben, comemos rosquillas coma lambóns. Dende os máis pequenos ata os maiores gozamos cos distintos xogos tradicionais. Tamén houbo música das Pandereiteiras do Camiño: Uxía, Mónica e Mateo. Houbo dúas pezas de gaita e un tambor. Foi un día estupendo!

Os nenos e nenas de 5º e 6º de educación primaria realizaron no mes de xaneiro un roteiro rosaliano por Compostela. Visitaron lugares especiais que estiveron vinculados á escritora nalgún momento da súa vida. Coas fotografías realizadas e a información recollida elaboraron unha

5

exposición que presentaron a todo o centro con motivo do 24 de febreiro, data na que se conmemora o seu aniversario. Finalizada a presentación rematamos o festexo ao ritmo de “A i r i ñ o s , a i r i ñ o s , a i r e s ” s e g u i n d o a interpretación de Amancio Prada e as pandeireteiras de Baio.


Como está o patio!

A galiña roxa

O rei melón

The science circus

O zapateiro e as bruxas

Isto éche outro conto

SEMANA DO TEATRO

Do 16 ao 20 de abril celebrouse a segunda semana solidaria do teatro. Ao igual que no curso pasado colaborouse coa asociación Sahebbi, unha asociación sen ánimo de lucro concienciada co problema do Sahara Occidental. Tamén tivemos unha exposición fotográfica, “Exodus”, cedida pola deputación de Pontevedra e a visita da refuxiada siria Fadile Tibisay coa que puidemos charlar e facer unha entrevista.

O xigante do pantano

Corre, corre cabaciña

Sopa verde

O espantallo

6


OUR TRIP TO THE UK On April 21, our sixth-grade students embarked on an adventure to the UK for five days. They flew from Vigo airport together with their teachers Fran, Iria and Sara. Once they stepped in British land, they had a very busy schedule and many things to explore in the

7

cities of Edinburgh and Durham. Not only did they visit the most important monuments around, but they also made friends with the students from Escomb Primary School in Bishop Auckland. This unforgettable experience allowed them to improve their language skills and what is more important, to make everlasting memories. Since they are about to start a new chapter in their lives, we wish them all the best!


MAIO

MARÍA VICTORIA MORENO,

“Unha galega de elección”

“A miña relación con Galicia e a miña opción pola súa lingua é simplemente unha historia de amor”, declaraba María Victoria Moreno, en 1993. María Victoria é a figura protagonista do Día das Letras Galegas 2018, sendo a cuarta muller tras Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido e María Mariño que leva ese recoñecemento na historia da celebración. Para coñecela un pouco máis organizouse no colexio unha exposición cos seus libros e imaxes da súa vida no corredor dende primeiros de maio. O día 16 tivo lugar un maratón de lectura dende ás 9:15 ata ás 14:15 onde foron lidas as obras “Eu conto, ti cantas”, “A festa no faiado”, “María Victoria Moreno, mulleres bravas da nosa historia”, “O Cataventos” e “Leonardo e os fontaneiros”. Os lectores foron unha avoa, catro

8

17

nais, un pai e tres profesores. Os receptores das súas lecturas foron os nenos e nenas dende cuarto de infantil ata sexto de primaria que os escoitaron con moita emoción e atención. Como agasallo repartíronse uns prendedores coa imaxe de María Victoria entre todos os participantes do maratón.


PROXECTO PÍNTEGA Este curso comezamos o “ P ro xe c t o P í n t e g a ” q u e integra actuacións pedagóxicas iniciadas en cursos pasados: “Ecotropa”, a Horta escolar de “Voz Natura”, o “Proxecto Ríos” , o proxecto “Mirando polo Camiño”, a Semana do teatro, Radio Ü e ao mesmo tempo incorpora outras actuacións iniciadas este curso, entre elas, “Fotografía en curso”, o “I Certame de Entrevistas Radiofónicas, “Os libros fante protagonista”,… O Proxecto Píntega pretende conseguir obxectivos relacionados cos aspectos medioambientais, partindo da observación e da reflexión sobre os espazos do noso arredor, como pode ser o propio colexio ou o Parque do C a r b o e i r o , p a r a c o ñ e c e r,

investigar e adquirir valores coma o respecto, o coidado e a procura da súa mellora se é posible. Diversificamos o traballo en varios eixes, así continuamos coa importante labor que realiza todos os días a Ecotropa durante

os recreos. Participaron nas quendas todo o alumnado dende 4º de infantil ata 6º de primaria. É

Este ano é a nosa primeira ecotropa de maiores !!!!! Que importante !!!! Agora temos que facela nós solos !!!! Limpar o ambiente, responsabilizarse das papeleiras, apagar luces, cerrar portas, controlar radiadores, se as cousas están no seu sitio, secar tobogán. UFFFF !!!!! Canto traballo !! Canto esforzo !! Canta responsabilidade !! Imos ter moitos erros, xa o sabemos, pero esperamos que nos perdoedes e imos seguir intentando facer as cousas ben. Temos aínda moitos anos para intentalo !!!!

HORTA ESCOLAR A horta escolar, que iniciamos o curso pasado, continua neste adquirindo cada aula o compromiso da realización das diferentes tarefas: mantemento, conservación e mellora da mesma. Neste curso colocáronse xardineiras con flores de tempada tanto na horta como no patio de infantil. Sementáronse leitugas, chícharos, pementos de Padrón, tomateiras, cenorias, ravos, cebolo, allos, framboesas, perexil… Daranos tempo de recoller algún froito?

9

importante resaltar que para os máis pequenos e pequenas foi moi estimulante realizar sós e soas as tarefas da ecotropa, sen axuda dos maiores. O alumnado de 5º e 6º de primaria participaron no “Proxecto ríos”, realizando actividades como o estudio da contaminación do río Tambre e do regato Carboeiro en colaboración coa asociación ADEGA. Con esta mesma asociación e coa colaboración do Concello de Oroso van proceder á colocación de caixas niño no espazo do Carboeiro así como a sinalización das árbores autóctonas con rótulos.


FOTOGRAFÍA EN CURSO

espazos Observando e investigando os to xec pro do io inic baleiros ao

Este curso participamos en “FOTOGRAFÍA EN CURSO”, do PLAN PROXECTA, en colaboración co Centro Galego de Artes da Imaxe. O proxecto ten un triplo obxectivo: transmitir a fotografía como arte, cultura e creación; propiciar o descubrimento do patrimonio fotográfico e a fotografía contemporánea, e xerar un retrato do territorio a través dunha proposta de prácticas creativas compartidas. No noso centro este proxecto permitiunos a todos e todas achegarnos ao espazo natural do Carboeiro cunha nova mirada. Traballamos primeiramente cos espazos baleiros do entorno. De esta experiencia xurdiron as postais que intercambiamos no Nadal. Posteriormente achegámonos ao retrato que se integrará xunto con outras temáticas no noso proxecto final que ten como marco o Carboeiro e que se materializará nunha exposición. O retrato levounos a entrevistar e fotografar a diferentes persoas que se vinculan ao parque: dende os maiores que viviron a súa transformación ata os peregrinos e peregrinas que o atravesan no seu camiño, pasando polos traballadores e traballadoras que realizan o seu traballo nel.

Para a exposición final todas as aulas fotografaron diferentes temas sobre o parque: especies animais (5º Infantil), recunchos do parque (6º A Infantil), a charca (6º B Infantil), especies arbóreas (1º Primaria), a relación dos traballadores/as co espazo (2º Primaria), a auga (3º Primaria), os peregrinos/as (4º Primaria), o río (5º Primaria), a relación dos maiores co espazo (6º Primaria). A exposición “Mirando ao Carboeiro” terá lugar do 18 ao 29 de xuño no edificio do Centro de Saúde de Oroso. Estades todos invitados!

Con esta foto presentámonos ao resto dos grupos participantes de “Fotografía en Curso”, centros de Galicia e Cataluña.

10


UNHA BIBLIOTECA DE TODOS E PARA TODOS Este ano coñecemos a Léctor que nos trouxo moitas novidades. Tivo bastantes dores de cabeza para argallar actividades. Os luns na hora do recreo reunimosnos alí con el para facer diferentes cousas. Concursos, talleres, obradoiros, visita de Anxo Moure, experimentos, formación de usuarios, xogos, contacontos, quedada literaria no Carboeiro...e moito máis!

11


Un ano máis polos micrófonos de Radio Ü pasaron moitos locutores e locutoras de distintos ámbitos da cultura, dos deportes, da sociedade,… Chegados dende varios recunchos do mundo chegaron os nosos oídos para enchelos de sabedoría e experiencias. Tamén seguimos coa lectura das cartas de amor e estreamos un proxecto común coa biblioteca. Entrevistados Os entrevistados foron: Nuno Costa, María Sabell, Jessica Gauder, Jànos Zàdori, Fadile Tibisay e Stacey Arneil. I Certame de Entrevistas Radiofónicas Este curso inauguramos un novo certame de entrevista en colaboración co equipo de dinamización da lingua galega e da biblioteca. Os participantes entregaron os seus traballos relacionados co medio ambiente, o seu coidado, e conservación. Un xurado decidiu que a entrevista de Alejandra Landeira Rey a Troi sería a premiada desta primeira convocatoria. Os libros fante protagonista Nenos e nenas que foron voluntariamente á biblioteca para ler libros escollidos relacionados co Proxecto Píntega e coa temática do medio ambiente e os animais son entrevistados polos colaboradores de biblioteca de 5º e 6º. Os nenos e nenas: Iris, Cristina, Martiño, Lara, Elba, Asunción, Aroa, Nerea, Noa, Antía, Elena e Aleixo foron entrevistados por : Érika, Claudia, Carla, Sergio, Lucía e Eneritz.

12


XADREZ, TENIS DE MESA E BALONCESTO Campionatos deportivos, unha alternativa máis para non aburrirse nos recreos O recreo é o momento da mañá onde os rapaces toman un respiro e gozar dun tempo de lecer. No noso centro son moitas as alternativas das que dispón o alumnado para poder pasar un rato agradable en compañía das súas amizades pero destacamos nesta ocasión os campionatos deportivos que se realizan por trimestres. Como vén sendo habitual no primeiro trimestre realizamos un campionato de xadrez, no segundo un de tenis de mesa e no terceiro un de baloncesto. Estes campionatos están orientados á Educación Primaria pero tamén serven de escaparate para ós máis pequenos. Ademais da motivación que ten a propia competición hai uns

agasallos para o/os primeiro/s clasificado/s. O procedemento para poder participar é moi fácil. Ábrese un prazo de inscrición e unhas normas básicas que cumprir ademais de ter uns coñecementos mínimos de cada deporte. Os resultados son expostos nuns cuadrantes publicamente. Cando falamos de competición referímonos a competición san, onde eles mesmos son os árbitros e eles mesmos intentan solucionar os conflitos xurdidos no xogo. Neste curso 2017-18 podemos citar como gañador do II Campionato de Xadrez a Sergio García de 5º de Educación Primaria, no II Campionato de Tenis de Mesa a Manolo González de 6º de Educación Primaria e no III Campionato de Baloncesto 3x3 a día de hoxe aínda non podemos nomear ós equipos gañadores, das dúas categorías, porque non rematou.

Vilagarcía Basket Cup 2018

13


A PINTEBAND participa no I Concurso Escolar ON: Operación Natureza 
 Esta agrupación configurada por 17 alumnos de 5º e 6º participarán o domingo 10 de xuño na final deste concurso que ten por obxectivo promover, difundir e divulgar os valores do patrimonio natural de Galicia coa canción “Moito máis do que ves”, que tamén interpretarán o último día do curso. A canción, escrita e composta polo grupo, incide no coidado e respecto pola natureza, algo que no Colexio sempre temos moi presente. Sete vocalistas, dous frautistas, un teclado, tres ukeleles, unha violinista e tres percusionistas son os que conforman este grupo que con tanta ilusión leva adicando moitos recreos aos ensaios. Moita sorte!!

Novas actividades organizadas pola ANPA

Neste curso tivemos a oportunidade de poñer en marcha a actividade extraescolar de Cociña divertida, e desenvolveuse con moito éxito outro obradoiro a cargo dunha das nosas socias (grazas Sole!), Respiración en familia. Ao igual que no curso anterior, celebramos unha xenial Spring excursión no mes de abril, así como a Festa do Magosto a comezos de curso. Seguimos a colaborar e a apoiar ao centro en todas as súas iniciativas (imposible resumir aquí todo) e confiamos en seguir coa mesma traxectoria a partir de setembro. Isto é posible grazas a todas as familias que conformades a asociación e que estades aí

(fisicamente ou non) axudando en todo o que se promove. Pronto haberá nova directiva e novas iniciativas. Sigamos facendo a nosa ANPA cada curso máis representativa! Moitas grazas a tod@s!!!

14


PERSOAL CURSO

Iria 4º I

Ana 5º I

Paco 6ºA I

Rosa 6ºB I

Mary Apoio

Teresa 1º P

Iria 2º P

María 3º P

Maribel 4º P

Soto 5º P

Fran 6º P

Álvaro E. Física

Sara Inglés

Junquera Inglés

Jessica Inglés

Bea Música

Arancha Relixión

Gloria PT

Loli AL

Manuel Orientador

Iria PROA

Fernando Conserxe

Lucía Coidadora

Salomé Coidadora

Conchi Coidadora

Candela

Santiago

Zaira

Juan E.

Xián

Óscar

Eloy

Mame

Xurxo

Iker

Noé

Laura

Cristian

Mouhemed

Ioana

Taha

Christian

Valeria

Inés

Álvaro

Alex

Alejandro

Valentina

Hugo

Paula

2017/18

4º INFANTIL

15


5º INFANTIL

Leo

Aaron

Guillermo

Sergio

Iker

Iara

Hugo G. E.

Hugo G. M.

Xavier

Laia

Alba

Samuel

Chanel

Rubén

Iago

Diego

Aldán

Simón

Naia

Paula

Mario

Ylenia

Gabriela

Noa

Nerea

Lois

Sabela

Abril

Estela

Elba

Iván

Pablo

Adriana

Nicolás

Anxo

Antonio

Moisés

Elia

Brais

Ainara

Noé

Ada

Antón

Khady

6º A INFANTIL

16


Matias

Lucía L.

Dybril

Yacine

Óliver

Lucía P.

Iara

Diego

Sandro

Carlota

Gabriel

Lucas

Mario

Yesenia

Santiago

Daniel

Valeria

Edurne

Gisela

Mauro

Sara

Emma

Daniela

Alba

Antía

Nico

Xoel

Noa

Ander

Pablo

Rubén

Nerea

Hugo

Sara

Adrián

Adriana

Aroa

Gabriel

Diego

Bernardo

Iker

Samuel

Anabel

Noa

6º B INFANTIL

1º PRIMARIA

17


2º PRIMARIA

3º PRIMARIA

Álex

Raquel

Julia

Icía

Carolina

Sara D.

Catalina

Laura F.

Teresa

Laura G.

Borja

Sofía

Nerea G.

Carla

Daniela

Yanet

Ana

Naia

Lucía

Paula

Uxía

Nerea R.

Manuel

Sara V.

Elena

Ismael

Aaron

Manuel

Paula

Anxo

Pedro

Iván

Brais

Alejandra

Adriana

Cristina

Yoel

Andrada

Rafael

Amira

Xoel

Saúl

Martina

Aleixo

Adrián

Iris

Roque

18


4º PRIMARIA

Hugo

Mateo B.

Lúa

Mónica

Martiño

Lara

Gisela

Marta

Mateo F.

Uxía F.

Nico

Uxía G.

Martín L.

Roberto

Iago M.

Alicia

Elena

Fátima

Carla

Iago R.

Iria

Martín S.

Naiara

J. Ramón

Elba

Jairo

Uxía

Brais

Sergio

Claudia

Joel

Lucía

Laura

Ismael

Santiago

Borja

Lara

Almudena

M. Teresa

Asunción

José

Nerea

Joel

Yasmín

5º PRIMARIA

19


6ยบ PRIMARIA

CURSO 2017-2018

20


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.