DEBUXO GAÑADOR NO II CONCURSO DE DEBUXOS DE MEDO 4ºINFANTIL (Ilustrando o relato “O CAMIÑO CONTAMINADO”)
ZAIRA CAMPELO MALLO
RELATO GAÑADOR NO III CONCURSO DE RELATOS DE MEDO 3ºPRIMARIA
O CAMIÑO CONTAMINADO Na aldea onde vive o meu avó din que non se pode pasar de noite por un camiño que se atopa moi contaminado. Neste camiño hai árbores queimadas, flores sen auga e unha planta monstro, que se come a todas as persoas nada máis velas porque está moi contaminada a pobre. Un día a planta viu a varias persoas e decidiu marchar xa que esa situación non lle gustou nada. Decidiron collela así que chamaron á policía pero non conseguiron atrapala. Despois a un exército militar e tampouco nada de nada. Un neno do pobo, chamado Aarón, colleu dúas pistolas de auga, un cubo e flores non contaminadas. Achegouse á flor con moito coidado. Con todo eso a flor foise descontaminando pouco a pouco, e cando se quitou a contaminación completamente, levouna a un camiño limpo. Todo o mundo deulle as grazas ao neno, xa que o camiño contaminado finalmente converteuse no Camiño de Santiago.
Non teñas medo do que din, nin do que ti ves.
AARÓN ESTRADA PAMPÍN
DEBUXO GAÑADOR NO II CONCURSO DE DEBUXOS DE MEDO 5º INFANTIL (Ilustrando o relato “O CAMIÑO CONTAMINADO”)
HUGO GARCÍA MANDAYO
DEBUXO GAÑADOR NO II CONCURSO DE DEBUXOS DE MEDO 6ºA INFANTIL (Ilustrando o relato “ALDEA FERMOSA”)
YACINE NIANG KANE
RELATO GAÑADOR NO III CONCURSO DE RELATOS DE MEDO 4ºPRIMARIA
ALDEA FERMOSA Fai anos había unha lenda que dicía que se tirabas o lixo mal, no colector que non era, creábase un monstro enorme e moi feo. Nese tempo había un científico chamado Tioli. Un día Tioli tirou un envase de plástico no contedor azul porque non sabía o da lenda. Entón saíu un monstro enorme. Co medo marchou correndo á súa casa a toda velocidade, e de tanto correr e do medo que tiña suaba moito. Por fin chegou á súa casa e comezou a remexer todo o seu laboratorio a ver se conseguía facer unha apócema para matar o monstro. Cando a atopou foi correndo con ela para tirarlla ao monstro pero ao facelo, fíxose máis grande. Xa sen saber que facer decidiu volver á súa casa pero polo camiño atopouse cun home moi maior que lle contou o da lenda e lle dixo que para acabar co monstro tiña que comezar a reciclar. Entón cando chegou a casa colleu todo o lixo que tiña e tirou cada cousa no contedor da cor correspondente. O monstro morreu. Dende aquel día, el e todos os veciños, empezaron a reciclar. Agora toda a aldea é famosa polo limpa que é e por iso lle chaman “Aldea fermosa”. Colorín, colorado, conto rematado.
IRIA RIAL NOYA
DEBUXO GAÑADOR NO II CONCURSO DE DEBUXOS DE MEDO 6º A INFANTIL (Ilustrando o relato “ALDEA FERMOSA”)
SABELA BALUJA VÁZQUEZ
RELATO GAÑADOR NO III CONCURSO DE RELATOS DE MEDO 5ºPRIMARIA
O BOSQUE DOS PESADELOS Había unha vez dúas amigas chamadas Laura e María, que eran inseparables. Un día quedaron nun bosque preto da casa de Laura. Ese bosque tiña unha lenda misteriosa. Cando era pequena, a súa avoa contáballe a Laura que cando entraba nel xente que non respectaba a natureza, non saía xamais. As árbores falaban e os animais carnívoros intentaban atrapalos. Laura cría esa historia, pero María non, e para demostrarlle á súa amiga que esa lenda non era certa, díxolle: -
Laura, imos tirar lixo no bosque e verás como non pasa nada.
Laura aceptou o reto. Quería comprobar se as historias que lle contaba a súa avoa eran certas. Entón colleron unha papeleira e durante bastante tempo estiveron tirando lixo. O bosque comezou a enfadarse con elas. De súpeto apareceron unhas portas que se pecharon e non podían saír de alí. Comezaron a escoitar unhas voces roncas que berraban “Non sairedes de aquí!”. Eran as árbores, que lles estaban falando! Laura e María comezaron a ter moito medo e berraron: -
Queremos saír de aquí, por favor!!Recolleremos todo o lixo, de verdade! Non! Non sairedes! -dixeron as árbores- Antes de facelo teríades que pensalo. Demasiado tarde!
As nenas botaron correr e, de súpeto, o bosque encheuse de néboa e non vían nada. Seguiron correndo e comezaron a saír ao seu paso moitos animais. Unha aguia coas ás enormes intentaba agarralas e unha manda de lobos de dentes afiados rodeounas. Estaban acabadas! María lanzoulles pedras e Laura uns paus que había no chan, así que os lobos escaparon. Pero a aguia non… Cando as dúas amigas pensaron que estaban salvadas, a aguia colleunas coas súas enormes ás mentres choraban desconsoladas. Temendo o peor, María díxolle a Laura: -
Sempre seremos inseparables.
E Laura contestoulle: -
Xamais te olvidarei.
Pero para a súa sorpresa, a aguia levounas voando entre as súas ás, abriu as portas do bosque e deixounas saír mentres lles dicía: -
Espero que vos sirva de escarmento! No bosque non se tira lixo!
As dúas amigas suspiraron aliviadas e volveron ás súas casas. Non volveron máis a ese bosque.
CLAUDIA GONZÁLEZ BOULLOSA
DEBUXO GAÑADOR NO II CONCURSO DE DEBUXOS DE MEDO 1º PRIMARIA (Ilustrando o relato “O BOSQUE DOS PESADELOS”)
ENMA CAMPELO MALLO
DEBUXO GAÑADOR NO II CONCURSO DE DEBUXOS DE MEDO 2ºPRIMARIA (Ilustrando o relato “Esta tarde…”)
SARA VEIRAS GONZÁLEZ
RELATO GAÑADOR NO III CONCURSO DE RELATOS DE MEDO 6ºPRIMARIA
ESTA TARDE… - Veña, imos- dixen eu. Entón todos os meus amigos xunto comigo saímos ao Carboeiro. Eran as seis da tarde, e como todos os días, o meu grupo de amigos máis eu quedamos no parque, aínda que sempre acabamos xogando no Carboeiro, un espazo natural moi bonito polo que pasa un río que dá nome ao mesmo. Estabamos xogando ás agachadas cando vimos algo moi raro e paramos o xogo. Había unha sombra cunha forma moi estraña que se acercaba cada vez máis a nós. Asustámonos moito xa que nada había que se movera agás a sombra. Démonos conta de que podería ser unha nube, mais miramos ao ceo e non había ningunha. Nese momento sí nos asustamos de verdade e ademais a sombra non paraba. Dinme conta de que se achegaba especialmente a onde eu estaba, como se quixera dirixirse a min. E tiña razón, xa que cando a sombra estaba aos meus pés díxome cunha voz grave e arrepiante: - Ti, tira iso na papeleira! - O que? – dixen eu. - O plástico que tiraches ao chan!- respondeu a sombra. Púxenme toda colorada e fíxenlle caso á sombra. Collín o plástico e xusto cando o tirei ao colector a sombra desapareceu. Mirámonos uns aos outros moi sorprendidos e, de repente, a miña amiga Ainara para romper o silencio soltou: - Que sorte temos de ter un gardián da reciclaxe no Carboeiro! - Xa che digo- dixo Carlos. E todos botámonos a rir. FIN
IRENE FIGUEIRA PORTELA