Plan de desenvolvemento europeo
1. Introdución Atopámonos inmersos nun proceso de globalización e integrados plenamente no marco da Unión Europea. Como centro educativo que quere dar respostas á cidadanía que vive neste contexto debemos analizar as necesidades que xorden nel e propoñer liñas de traballo acordes. Deste xeito, estamos na construción dun centro plurilingüe que sexa capaz de conseguir de profesorado e alumnado un aumento significativo da competencia en linguas estranxeiras. Pero non de maneira illada, senón que queremos que sexa fundamentado na dimensión europea da educación, conscientes do seu patrimonio cultural, e os seus valores de tolerancia e respecto. Neste mundo globalizado debemos entender a formación como un proceso permanente apoiado na cooperación, o intercambio de ideas e a mobilidade, desenvolvendo o potencial humano de toda a nosa comunidade. Este plan apoiase na busca da calidade, da internacionalización, da innovación, da modernización, no coñecemento do nosa realidade e cultura, e a partires dela, doutras. Para isto partimos do eixe vertebrador do Camiño Inglés, como aglutinador destas oportunidades, como guía desta viaxe. Presentamos este plan coa convicción de que o seu coñecemento por parte de toda a comunidade e o seu respaldo, son imprescidinbles para a súa posta en marcha. Este é un documento claro e escueto que marca o camiño a curto, medio e longo prazo. Partimos do que somos e plantexamos o que queremos ser.
1
2. Contextualización O CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés é un centro público de educación infantil e primaria que na actualidade (marzo de 2018) ten tres cursos e medio de vida. Recibe alumnado de 3 a 12 anos, do Concello de Oroso, e fundamentalmente do seu núcleo urbano, Sigüeiro. É unha vila pequena que se atopa a poucos quilómetros da Capital de Galicia (Santiago de Compostela). Ao seu carón transcorre o Camiño de Santiago (Camiño Inglés), no que se considera a saída da última etapa antes de chegar ao seu destino. Aproximadamente o 15% do alumnado ten como lingua materna unha distinta ao galego ou castelán. Neste centro apostamos polo coñecemento do galego como lingua propia. É un centro plurilingüe que imparte a materia de Plástica en inglés. Ten como materia de libre configuración de 6º de EP, francés. En educación infantil, estamos incluídos no Programa Plurinfantil, que consiste no noso centro en que actividades variadas se desenvolven en inglés dentro do horario desa etapa. Por outro lado, temos un espazo de linguas estranxeiras na entrada do centro, e outro con información sobre o Camiño Inglés. Ao longo do curso o equipo plurilingüe constituído participa nas distintas actividades conxuntas que realizamos (xornal, revista, semana de teatro, radio, festividades,...). Contamos con auxiliar de conversa. Somo un centro con outras liñas pedagóxicas ben definidas: o traballo en educación dixital, o fomento en positivo da convivencia, o papel da biblioteca, o uso da axenda escolar, o uso da radio escolar como ferramenta pedagóxica, o coñecemento do noso patrimonio cultural e natural e, o Camiño Inglés. Temos recollido todo isto no Proxecto Educativo do Centro e nas avaliacións feitas constátase un gran respaldo por parte da comunidade. O nivel de formación do profesorado en linguas estranxeiras é medio, pero mellorable. Ademais amosase un interese pola súa mellora. Tivemos formación conxunta relacionada coa elaboración da nosa documentación do centro, o traballo por proxectos e as ferramentas tecnolóxicas de coordinación pedagóxica. Tempos experiencia como claustro en formación en centros e en traballo en equipo. Xa participamos en programas de inmersión lingüística co alumnado e a comunidade sempre amosou a súa vontade de participar nas mesmas. Durante este curso 2017/2018 faremos unha viaxe a Durham/Edimburgo co alumnado de 6º de EP. Tivemos contacto con centros educativos desta zona por mor da conexión co Camiño Inglés, posto que se considera a abadía de Finchale o inicio do mesmo. Durante este curso solicitaremos a participación nun programa Erasmus+.
2
3. Obxectivos e necesidades Obxectivo 1. Internacionalizar o colexio a través da conexión con outras escolas. Apertura do centro cara o exterior. Establecer relacións con outras institucións. Intercambiar ideas, experiencias e realizar traballos conxuntos con outros centros. Coñecer outras culturas a través do recoñecemento da nosa propia. Aumentar a mobilidade das persoas: profesorado e alumnado.
Obxectivo 2. Avanzar no desenvolvemento profesional do profesorado. Coñecer novas metodoloxías e actividades na ensinanza de linguas estranxeiras. Creación de materiais CLIC en distintas materias. Ampliación no coñecemento sobre uso e metodoloxía de ferramentas dixitais. Mellorar o proceso ensino-aprendizaxe das linguas. Incorporar prácticas motivadoras ao noso alumnado.
Obxectivo 3. Mellorar as competencias curriculares en linguas estranxeiras. Mellorar o nivel das diferentes linguas e da competencia comunicativa. Promover a diversidade lingüística, e recoñecer as linguas como valor de riqueza cultural. Participar en procesos de inmersión real lingüística.
Obxectivo 4. Integrar procesos de innovación e modernización no centro. Mellorar didacticamente as propostas curriculares a través do coñecemento doutras prácticas. Coñecer outras realidades modernizadoras da organización xeral da escola. Traballar conxuntamente con outros centros que permitan o intercambio de coñecementos.
Obxectivo 5. Posta en valor do noso patrimonio natural, cultural e lingüístico. Dar a coñecer o valor do noso patrimonio, especialmente do Camiño Inglés. Coñecer outras culturas e a relación coa nosa, fundamentalmente nos valores compartidos derivados da nosa dimensión europea. Poñer en valor a lingua propia, o galego, en relación á aprendizaxe de linguas estranxeiras. 3
4. Actividades
No cumprimento destes obxectivos no medio-longo prazo, o centro comprometese a seguir esta liña a partires das seguintes actividades: - Solicitude dun Erasmus+ KA2. Solicitaremos durante este curso este programa que pretende a asociación escolar entre institucións, no que terá lugar un Intercambio escolar cun centro de Durham. En función dos resultados sería bo manter estes intercambios. - Solicitude doutros programas europeos. Erasmus+ KA1. Este tipo de programas son de formación do profesorado, e sería bo comezar a solicitalos unha vez consolidados os anteriores. - Potenciaremos a utilización de Etwinning para o desenvolvemento de proxectos, contactos co noutras institucións. Na actualidade hai catro persoas do noso centro de alta nesta plataforma. Utilizaremos de igual xeito o School Education Gateway e a Plataforma de resultados de proxectos de Erasmus+. - Potenciaremos a colaboración co Concello de Oroso como forma de vincularnos máis estreitamente con Durham polas características antes comentadas. - Celebraremos o Día de Europa, cada 9 de maio. Realizaremos actividades para potenciar aspectos socioculturais sobre a Unión Europea. - Recibiremos formación específica sobre o Camiño Inglés e sobre o desenvolvemento das competencias lingüísticas. - Integraremos nas nosas propostas didácticas conxuntas a dimensión europea. Especialmente crearemos un espazo específico na biblioteca con esta temática.
4
5. Resultados e impacto esperados Esperamos se produza unha repercusión en todos os niveis, non se trata só de facer un intercambio de alumnado de maneira puntual, senón que sexan actuacións con consecuencias claras para toda a comunidade.
Para o centro • Elaboración deste Plan. A mesma elaboración, reflexión, discusión e aprobación; supón co seu compromiso o primeiro resultado. • Mellorar a calidade educativa. Mellorar a capacidade e competencia de toda a comunidade. •
Reforzar a relación con outras entidades.
•
Mellorar o prestixio do centro con este tipo de proxectos.
•
Introdución da dimensión europea no centro e no contorno.
•
Aproveitar o paso do Camiño Inglés e das súas oportunidades ao noso carón.
Para o profesorado • Mellorar a competencia lingüística en linguas estranxeiras o que propiciará unha maior participación en proxectos europeos. •
Adopción de novas estratexias, metodoloxías, actividades,...
•
Aumento de coñecementos TIC.
•
Coñecemento e difusción en eTwinning e outras ferramentas similares.
•
Coñecemento de novas culturas e experiencias de traballo.
Para o alumnado •
Mellora dos procesos de ensino-aprendizaxe.
•
Espertar a curiosidade por coñecer outras realidades.
•
Mellorar no uso das novas metodoloxías e actividades TIC.
•
Aumento das competencias lingüísticas.
•
Mellora nos coñecementos sobre o Patrimonio cultural. 5
6. Difusión - A través da inclusión como punto da orde do día nos órganos colexiados, cun seguimento explícito na CCP. Faranse reunións específicas deste equipo que se constituirá con tal no organigrama organizativo do centro. - Creación dunha sección na web do centro e información detallada das actividades. Tamén a través das redes sociais do centro. - Creación dun recuncho na entrada do edificio con información relevante, fotografías, traballos, etc. - A través de notas de prensa se o consideramos oportuno.
7. Avaliación e actualización O centro na pretensión de que este proxecto sexa vivo e útil, avaliará na Memoria Anual o establecido na súa concreción na Programación Xeral Anual. Polo tanto, con isto queremos que os obxectivos propostos sexan a medio-longo prazo pero contextualizados e actualizados anualmente nos distintos órganos colexiados do centro. Os resultados desta avaliación publicaranse na web do centro.
6