Lemos este verán?

Page 1

BIBLIOTECA ESCOLAR /EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

COMPETENCIA LECTORA Segundo o Proxecto PISA, “a Competencia Lectora consiste na comprensión e o emprego de textos excritos e na reflexión persoal a partir deles co fin de alcanzar as metas propias, desenvolver o coñecemento e o potencial persoal e participar na sociedade”. A lectura non só proporciona información (instrución) senón que forma (educa) creando hábitos de reflexión, análise, esforzo, concentración... e recrea, fai gozar, entretén e distrae. Unha persoa con hábito de lectura posúe autonomía cognitiva, é dicir, está preparada para aprender por si durante toda a vida. Nesta época de cambios vertixinosos na cal os coñecementos envellecen con rapidez, é fundamental ter un hábito lector que nos garanta ter coñecementos frescos, actualizados, pois iso vólvenos laboral e academicamente máis eficientes e competentes. Ter unha fluída comprensión lectora, posuír hábito lector, hoxe en día, é algo máis que ter un pasatempo digno de eloxio: é garantir o futuro das xeracións que neste momento están a se formar nas aulas. A lectura axuda ao desenvolvemento e perfeccionamento da linguaxe. Mellora a expresión oral e escrita e fai a linguaxe máis fluída. Aumenta o vocabulario e mellora a redacción e ortografía. A lectura permítenos aprender calquera materia desde física cuántica ata matemática financeira. Non hai especialidade profesional na que non se requira dunha práctica lectora que actualice constantemente os co ñe ce m e nt os pa ra fa ce rn os má is competentes día a día. A lectura mellora as relacións humanas, enriquecendo os contactos persoais pois facilita o desenvolvemento das habilidades sociais ao mellorar a comunicación e a comprensión doutras mentalidades ao explorar o universo presentado polos diferentes autores. A lectura dá facilidade para expor o propio

pensamento e posibilita a capacidade de pensar. No acto de ler, establécense conceptos, xuízos e razoamentos xa que, aínda que non sexamos conscientes diso, estamos a dialogar constantemente co autor e coa nosa propia cosmovisión. A lectura é unha ferramenta extraordinaria de traballo intelectual xa que promove o desenvolvemento das habilidades cognitivas fundamentais: comparar, definir, argumentar, observar, caracterizar, etc. A lectura aumenta a nosa bagaxe cultural; proporciona información, coñecementos de diferentes aspectos da cultura humana. A lectura amplía os horizontes do individuo permitíndolle porse en contacto con lugares, xentes, experiencias e costumes afastados a el no tempo ou no espazo. A lectura estimula e satisfai a curiosidade intelectual e científica. A lectura desenvolve a creatividade pois ao ampliar o noso horizonte lexicológico e cultural bríndanos o desenvolvemento dos principais indicadores de creatividade como son: a fluidez, a flexibilidade, a orixinalidade e a sensibilidade. A lectura vólvenos máis tolerantes, menos prexuizosos, máis libres, máis resistentes ao cambio, máis universais e máis orgullosos do noso. A lectura é unha afección que dura toda a vida que pode practicarse en calquera tempo, lugar, circunstancia. Líbranos dos males do noso tempo: a soidade, a depresión, o consumo compulsivo...

CEIP SAN XOÁN DE BECERREÁ


BIBLIOTECA ESCOLAR /EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Recomendacións de 1º CICLO EP O INCRIBLE NENO DEVORADOR DE LIBROS Oliver Jeffers Ed. Patasdepeixe

FREDERICK Leo Leonni Ed. Kalandraka

QUERIDA SUSI, QUERIDO PAUL Christinnne Nöstlinguer Ed. SM

UN CUÍÑO INDEPENDENTE Jose Luís Cortés Ed. SM

UN CACHIÑO DE BICA? Mª Victoria Moreno Ed. SM

UNHA CHEA DE ALOUMIÑOS Antonio García Teiheiro Ed. Xerais

CEIP SAN XOÁN DE BECERREÁ


Volumen 1, nº 1

Página

BIBLIOTECA ESCOLAR /EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

3

lectura para o verán 2º CICLO EP QUE VACACIONES TAN SUPERRATÓNICAS Gerónimo Stilton Ed. Destino A GALIÑA AZUL Carlos Casares Ed. Galaxia

MATEO Paula Carballeira Ed. Kalandraka BERENGUELA. AVENTURAS E DESVENTURAS DUNHA ESPIÑA DE TOXO Manuel María Ed. AS-PG/Xistral KIKA SUPERBRUJA (colección) Ed. Bruño A MEMORIA DAS ÁRBORES Xosé Antonio Neira Cruz Ed. Kalandraka POLO MAR VAN AS SARDIÑAS Xohana Torres Ed. Galaxia CEIP SAN XOÁN DE BECERREÁ


BIBLIOTECA ESCOLAR /EQUIPO DE NORMALIZACIÓN E DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

3º CICLO EP BALA PERDIDA Manuel Rivas Ed. Alfaguara A BOLSA AMARELA Lidia Bojunja Ed. Galaxia COUSAS DE NENOS Castelao Ed. Galaxia A MARABILLOSA MEDICINA DE GEORGE Roald Dahl Ed. Xerais AS BRUXAS Roald Dahl Ed. Xerais CANDO PETAN NA PORTA POLA NOITE Xabier P. Docampo Ed. Xerais O ESCARABELLO DE OURO E OUTROS CONTOS Edgar Allan Poe Ed. Xerais

CEIP SAN XOÁN DE BECERREÁ


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.