Revista 14 15

Page 1


Neste curso escolar moitas das actividades levadas a cabo no noso colexio xiraron arredor do proxecto “A medicina nas nosas vidas”. Nos diferentes artigos da revista farase referencia a algunha delas , xa que esta temática foi protagonista en conmemoracións e festividades celebradas no colexio. Así, no Nadal, puidemos ser testemuñas da gripe do Rei Melchor. Polo Entroido; todos viñemos disfrazados de doutores, doutoras, enfermeiros, celadores, cirurxiáns,… e ata de medicamentos; puidemos gozar de cancións como “O resfriado” , dos alumnos e alumnas de 1º e 2º; do recitado de todas as dores que ten o burriño , por parte do alumnado de Infantil; dunha pequena representación teatral sobre o ébola, que fixeron os de 3º e outra, dunha consulta médica que representaron os de 5º; unha parodia sobre o servizo de urxencias, representada polo alumnado de 6º; e ata unha comparsa en defensa da sanidade pública que realizaron os nenos e nenas de 4º, máis reivindicativos. Tamén temos que resaltar a transformación que sufriu o noso antigo areeiro escolar, converténdose nun precioso horto . Esta actividade forma parte dun proxecto de Voz Natura: “Sementa ideas , recolle futuro” . Grazas a esta transformación o alumnado ampliou os seus coñecementos e habilidades á hora de cultivar e aprender as propiedades das plantas. Sobre isto o alumnado de 5º afondou facendo un estudio das propiedades dalgunhas plantas medicinais, enmarcando isto no proxecto da medicina. A transformación do areeiro, supuxo , ademais, un embelecemento de toda a zona do patio , na que se implicaron un gran número de familias. Ás que queremos dar as grazas, xa que, sen a súa colaboración sería imposible que o patio lucira tan bonito e colorido . A directiva da ANPA tamén participou nese cambio do aspecto do colexio, pintando as liñas e áreas do campo de baloncesto, e colocando redes protectoras para que non caian os balóns . Este traballo é un reflexo de que as tarefas realizadas de modo cooperativo sempre son máis frutíferas. E, que para que un colexio funcione temos que xuntar esforzos as docentes, os alumnos e as familias, e seguir un mesmo camiño para conseguir un obxectivo común: que o alumnado desenvolva ao máximo as súas capacidades nun entorno agradable onde prevalezan os valores básicos de convivencia. Foron moitas as actividades realizadas, e imposible plasmalas todas na revista. Nela podemos apreciar unha moi pequena mostra do que foi o noso día a día neste curso escolar ….Agora toca un descanso. E , en setembro , continuaremos coa nosa ANDAINA. FELIZ VERÁN A TODOS E TODAS!!!!!. A Dirección


DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES Neste días os nenos e nenas de 4º de primaria fixeron unha obra de teatro baseada no libro “Os enredos de Olalla” de Pepe Carballude e ilustrado por Mª Fe Quesada. A obra estivo enmarcada no proxecto “A medicina nas nosas vidas” e trata dunha nena pequerrechiña (á que lle encantaba imitar os sons dos animais). Un día, por non querer comer, puxéronselle en folga os membros do corpo (as pernas non eran quen de espernexar, os brazos de bracexar…).

Os país desesperados trataron de buscar unha solución. Viñeron os mellores especialistas do mundo que examinaron á nena sen conseguir curala.


O mellor amigo de Olalla (Antón Freire) estaba moi preocupado. Enterouse (por unha gaivota que se achegou á súa ventá) da existencia do curandeiro Dentabrú no país de Minilandia e alá foi na procura dun remedio que a curase.

Dentabrú explicoulles que o que lle pasaba a Olalla era que os seus membros puxéranse en folga por non querer comer e deulles un xarope de amoras para que se recuperara. E así foi. Despois de tomar o xarope, os brazos de Olalla empezaron a bracexar, as pernas a espernexar… e de alí en diante a neniña volveu bruar como a vaca, piar como o pito, cacarexar como a galiña…

Dende Biblioteca agradeceuse a Anxo Ferreira a súa doazón de libros cun diploma e un puzzle dos bolechas. ¡Moitas grazas Anxo!


Aproveitando que no 2º ciclo estabamos traballando o tema da Prehistoria, falamos do libro “O CLAN DO OSO CAVERNARIO” e da súa autora Jean M. Auel. Proxectamos a película e seleccionamos fragmentos do libro que nos interesaron para tratar determinados aspectos (como por exemplo os relacionados coa curandeira Iza -que nos servían tamén en relación co proxecto deste ano “A MEDICINA NAS NOSAS VIDAS”-).

A colección “LOS NIÑOS EN LA HISTORIA” (creada por Michel Pierre -da Editorial Serres-, serviunos -ao longo do curso- para analizar o modo de vida de cada etapa histórica -cun personaxe infantil como protagonista-).


LUCÍA E FERNANDO AXUDAN A “SACAR AS PENAS”


Todos poideron expresar as súas preocupacións. Os maiores escribíndoo, e os máis pequenos representándoo nun debuxo

Aos máis pequenos preocúpalles que morran os seus seres queridos

Daniela. 5 anos

Ainara Santos. 5 anos


Un fermoso día de outono … Así podería comezar a nosa historia do día que celebramos as festas do outono: Halloween e o Magosto.

H

alloween

Nesta festa anglosaxona en que dar e sentir medo é o fundamental, fixemos unha lectura de historias arrepiantes, espantosas, estarrecedoras, horrorosas, aterradoras,… Esas historias estaban escritas por nós! E… puxemos toda a nosa imaxinación en funcionamento para escribilas. Así pudemos disfrutar da súa lectura, ese día ,no salón de actos.

Houbo historias ben divertidas inventadas polos nosos miolos!


Estabamos moi “lindos” vestidos de vampiros, bruxas, demos, … e… moitos de nós moi ben maquillados, senón mirade aos máis pequenos!

Despois das lecturas, comezamos a festa do Magosto cunha andaina polos montes de Camos.


M

agosto

Ese fermoso día de outono … agora Jimena de 5º contaravos como foi ese día e o que fixemos.

¡Que ben se vai por este bosque! Umm, como arrecende!!


As castañas asáronse Cun asador de castañas como o que debuxou Cynthia.

.


CONTACONTOS DE IGUALDADE ,CON SARA E IVÁN




HORTO ESCOLAR No cumio dun afastado monte tocando o ceo de Nigrán asoma un pequeno colexio que mira escondido ao mar.

Aloumiños lle fan as árbores

“ De AREEIRO A HORTO ESCOLAR” Pás, carretas e caldeiros. Cento noventa e oito mans. Moitas viaxes cargados para o areeiro valeirar

Coma pintores, carpinteiros e albaneis

e cóxegas as matagueiras

traballaron arreo as familias.

solpor e amencer máxicos

Coloridas paredes, palets colocados

de verán á primavera.

incansables artistas.

Mais neste colexio, agochado e fermoso,

Bailaban as follas co vento

existía nun recuncho un areeiro

cando chegou ao colexio un tractor,

triste, sombrío e angosto

cheo de abono e boa terra para un cultivo mellor.

Que facer nesa zona? Como cambiar ese recuncho?

Plantamos remolachas,acelgas e cenorias,

Tiñamos que idear algo !!!

tamén allos porros e leitugas

Pensaremos todos XUNTOS!!!

Medran sanos polos bicos do sol e pólas bágoas do rocío e a chuvia.

“Sementa ideas,recolle futuro” Velaí a solución. Na prensa,ante os nosos ollos, xurdía unha pequena-gran ilusión.

Non temos soamente hortalizas, tamén hai plantiñas de amorodos,

“De areeiro a horto escolar” ese é o noso proxecto que a Fundación Santiago Rey Fdez – Latorre “adoptou” con grande afecto.

herbas aromáticas e medicinais no noso horto comparten xogos.


Coñecendo cousiñas do horto.

Fixemos velas con romero,

Investigando sobre os seus coidados

aceite de salvia tamén.

Con xogos,tarefas e retos

Coas herbas aromáticas

aprender é divertido e doado.

pasámolo moi ben.

Traballamos arte con ARCIMBOLDO - Hortalizas e froitas nos seus cadros Debuxos e puzzles das suas obras e os nosos retratos engalanamos.

Temos no cole un tilo, nogueira carballo, piñeiro e castiñeiro. Unha moreira, unha ameixeira,... E dende marzo, un Xingko Biloba de compañeiro

Pasamos nove meses Problemas da horta resolvimos

colaborando con Voz Natura,

cada vez que aparecían.

e desexamos o vindeiro curso

Pensando e xogando cos números

continuarmos con esta aventura.

as matemáticas son divertidas.

Así comezou a historia

. Sopas de 3, 5 ou 7 hortalizas, aforcados de froitas e vexetais, algúns crucigramas máis complicados chegan dende o horto “Pasatempos naturais”.

“Misterio na horta”, “Unha eiruga moi larpeira” “Cuento de las 2 Cabras”... Contacontos da leira.

dun triste areeiro circular, que con ledicia,traballo e maxia transformouse en horto escolar.


O día 16 de xaneiro, os alumnos de 4º, 5º e 6º fomos ver unha obra de teatro no auditorio de Baiona . Compartimos o autobús cos nenos do colexio de Mallón. Cando chegamos a Baiona fomos ao tellado do auditorio a merendar, dende alí víanse unhas vistas espectaculares. Paréceme que todos tiñamos moita fame porque acabamos moi rápido . E… menos mal! Porque xusto cando rematamos de merendar, empezou a chover. Máis tarde, entramos no auditorio, era moi grande, e tomamos asento porque a obra ía comezar . Cando empezou, o primeiro que vimos todos foi a un señor (ao actor Cándido Pazó) que explicou quen era Balbino e onde vivía coa súa familia pobre . Encantoume a obra, estaba impresionado de como era a vida de Balbino. Cando saímos do auditorio fomos a que nos recollera o autobús , polo camiño cantamos cancións e despois de deixar aos nenos do colexio de Mallón , nós fomos ao cole . Alí, na clase conteille a profe que me encantara a obra de teatro. Aquí estamos todos os que fomos ver a obra xunto con Cándido Pazó.

Os días antes de ver a obra, en clase, descubrimos algunhas das historias que lle ocurriron a Balbino e as personaxes máis cercanas a el, e como eran e se comportaban. Balbino é un neno pobre que vive nunha aldea na que a xente está sempre a traballar para o señor. Soña con marchar da aldea e coñecer outros mundos diferentes, e poder falar do que lle acontece, como iso aínda non o pode facer escribe unha especie de diario, que son as historias do libro. Manolito é un neno rico , insoportable , mandón, que vive co seu pai e abusa dos outros nenos insultándoos e tratándoos mal. O pai de Balbino é un señor sumiso co señor para o que traballa e é rudo co seu fillo e ás veces inxusto con el porque ten medo de perder o seu traballo. Martín (5º)

Martín (5º)


Este curso, o DÍA DA PAZ, tivo como eixe condutor o libro de Miguel Anxo Alonso e Luz Beloso: “A nena á quen non deixaban ser feliz”.

Para analizar este libro, recollemos -da rede- o comentario escrito o 4 de abril de 2013 por… VILÁFER (librería, papelería e artes gráficas. Cangas do Morrazo) que reproducimos a continuación: A protagonista do libro e unha pequena e feliz pintora chamada Sabela. Cos seus soños e a súa alma xenerosa, camiña polo mundo dando un pouco de luz nun tempo de maldade e escuridade. Sabela enfróntase ao patriarcado establecido nunha ríxida orde social. Atopamos neste libro, un reflexo da realidade dun mundo -o real-, onde todas as voces que teñen autoridade son homes (libro que foi calificado como un libro feminista, que amosa a unha nena que non teme as consecuencias de levar a cabo o seu xeito de vivir a vida). O libro xira arredor do concepto da (in) felicidade, artellándose unha viaxe, protagonizada por Sabela, que unicamente devece por ser feliz e que será culpabilizada e perseguida, por dicilo aos catro ventos… Deste xeito, o


Esta afirmación por parte da nena, fará que se teña que enfrontar a xuízos implacables, ou mesmo superar fortes tentacións que non conseguirán modificar as súas sinxelas e arraigadas conviccións (exhibindo argumentos que, dentro da súa inocencia -por tratarse dunha nena-, resultan inapelables). Valores como a solidariedade e a xenerosidade -que Sabela encarnavanse manter -e mesmo fortalecer- diante do abuso das novas tecnoloxías, da cobiza e da privación da liberdade persoal e colectiva…

A reflexión sobre este libro, levounos a analizar a realidade de moitos nenos e nenas que carecen dos dereitos máis elementais e que, polo tanto, non poden facer realidade os seus soños.


O emotivo video que visionamos -“Os nenos de Siria”- emocionounos a todos (nenos, nenas, profesoras…).

Escoitamos o discurso -ante a ONU- de Malala Yousafzai (xoven paquistaní que recibiu o premio Nobel da Paz no 2014 -compartido co indio Kailash Satyarthi- pola súa loita en contra da opresión infantil e a favor do dereito de todos os nenos e nenas á educación): “… Queridos irmáns e irmás, lembren unha cousa: o Día de Malala, non é o meu día… Hoxe é o día de cada muller, de cada neno e de cada nena que levantaron a súa voz pola defensa dos seus dereitos (o dereito a vivir en paz, o dereito a ser tratado con dignidade, o dereito á igualdade de oportunidades, o dereito á educación…). Non falo por min, senón que falo por aqueles cuxa voz non pode ser escoitada… escoitada…

mudou na sempr

Queridos amigos, o nove de outubro de 2012, os talibáns dispararon contra min… Eles pensaron que as balas conseguirían silenciarme, pero fracasaron, xa que dese silencio xurdiron miles de voces… Os terroristas pensaron que ían cambiar os meus obxectivos e obrigarme a abandonar as miñas ambicións, pero nada cambiou na miña vida excepto isto: a debilidade, o medo e a desesperanza morreron para sempre; nacendo en min, a forza, o poder e maila coraxe…


Son a mesma Malala. As miñas ambicións son as mesmas. As miñas esperanzas son as mesmas, os meus soños son os mesmos… Queridos irmáns e irmás, eu non estou en contra de ninguén. Tampouco estou aquí para falar en termos de vinganza persoal contra os talibáns ou calquera outro grupo terrorista. Estou aquí para falar do dereito á educación para todos os nenos. Quero educación para os fillos e fillas dos talibáns e para os fillos de todos os terroristas extremistas. Nin sequera odio ao talibán que me disparou. Mesmo se tivera unha arma na mán, e el estivera fronte a min, non lle dispararía…

Esta é a compasión que aprendín de Mahoma, de Xesucristo, de Budá. Este é o legado de cambio que herdei de Martin Luther King, Nelson Mandela e Mohammed Ali Jinnah. Esta é a filosofía da non violencia que aprendín de Ghandi, Bacha Khan e Teresa de Calcuta…

Esta es la


Este é o perdón que aprendín a dar do meu pai e da miña nai. Isto é o que a miña alma me pide: estar en paz e amar a todos…

Os terroristas están facendo un mal uso do nome do Islam para o seu propio beneficio persoal… Os extremistas teñen medo dos libros e bolígrafos. O poder da educación dalles medo. Teñen medo das mulleres. O poder da voz das mulleres dálles medo… En moitas partes do mundo, especialmente en Afganistán e Pakistán, o terrorismo, a guerra e os conflitos evitan que os nenos vaian á escola. Estamos moi cansos destas guerras. As mulleres e os nenos sofren, de moitas maneiras, en moitas partes do mundo… A pobreza, a ignorancia, a inxustiza, o racismo e a privación dos dereitos básicos son os principais problemas que enfrontan tanto os homes como a mulleres…

todos…

Hoxe, facemos un chamamento a todos os líderes do mundo para que cambien as súas políticas estratéxicas en favor da paz e da prosperidade; para que protexan ás mulleres e os dereitos dos nenos; para que garanticen a educación gratuita para todos… Non debemos esquecer que os nosos irmáns e irmás estan agardando por un pacífico e brillante futuro…

Así que libremos unha gloriosa loita contra o analfabetismo, a pobreza e o terrorismo terrorismo… Levantemos os nosos libros e os nosos lapis, pois son as armas máis Queridos poderosas… “UN NENO, UN MESTRE, UN LIBRO E UN LAPIS PODEN CAMBIAR O MUNDO…”


Logo, o 24 de febreiro, tivemos a sorte de recibir a visita do autor do libro “A NENA Á QUEN NON DEIXABAN SER FELIZ”.

Ensinounos o proceso de ilustración e elaboración dun libro. ¡Foi interesantísimo…!

FEL


Os nenos/as fixéronlle moitas preguntas sobre a súa vida e a súa obra.


Miguel Angel quedou gratamente sorprendido cando representamos para el, unha adaptaci贸n do conto.


Os pequenos disfrutaron moitísimo cando lles falou dalgúns dos seus libros (“O soño de Esther” e “O cullarapo Roque”).


O autor destacou o traballo de equipo con Luz Beloso (autora das fermosas ilustracións dos seus libros).

Esta visita serviunos para valorar a dificultade do traballo creativo e editorial na elaboración dun libro. Miguel Angel contaxiounos o seu entusiasmo e optimismo… ¡POR FAVOR, SEGUE ESCRIBINDO…!


E ste

curso os nenos e nenas de Educación Infantil convertémonos en auténticos piratas.

Cun gran galeón...

...imos na búsqueda dun tesouro...

v...que se atopa escondido nunha remota illa.


O

noso gran galeón estará tripulado polo capitán e

polo resto dos piratas:

Ademais contaremos coa gran axuda do noso loro Coquito:

Así lograremos descubrir o gran tesouro agochado na illa!!!! --ALUMNOS DE E.INFANTIL--


RECICAMOS Este ano seguimos levando a cabo o noso “proxecto de Reciclaxe”.

Corazóns de lá

carton

Botiquín

As nosas letras iniciais

plastico

Flores

Portafotos

Aceite de Salvia Boneco de neve

vidro


RESTAURANTE CAMOSEIRO Coma en cursos anteriores, neste curso 2014 – 2015, varias familias animáronse a elaborar ricas receitas cos nenos e nenas de EDUCACIÓN INFANTIL. Ademais dos momentos divertidos que pasamos, serviunos para aprender sinxelas recitas que agora podemos facer en casa cos nosos pais e nais. MERENDA TERRORÍFICA polo SAMAIN coas nais de RIQUÍSIMOS CUPCAKES coa nai de

TRUFAS DE CHOCOLATE coa nai de

TREN DE CHUCHES

BRANDÁN

cos pais de

DELICIOSAS PASTAS coa familia de

CHEESECAKES coa nai de

2 RECEITAS coa nai de PASTAS coa nai de

MERENDA ROMÁNTICA en SAN VALENTÍN

FILLOAS polo ENTROIDO oa nai de coa nai de


E

ADEMAIS

EN EDUCACIÓN INFANTIL …

Contacontos coas familias de María

Unai

“O pirata Pata de Lata”

“ “Lenda dos paxaros “

“Perdido y encontrado”

“ “Como naceron as sereas”

Lorenzo

Brandán

“Carapuchiña vermella”

Mara A.

Contacontos cos maiores En inglés cos nenos/as de 6º

Anxo Valverde

AS

“O oso que tragou unha mosca”

“Conto do outono”

Os nenos e nenas de 2º


Comezamos a celebración do Entroido cunha homenaxe á Fundación Teodora. Agrupación que fai máis feliz a hospitalización dos nenos e nenas, realizando visitas periódicas aos hospitais onde se recuperan das súas doenzas, compartindo alegría e momentos de optimismo, arrincando un sorriso. A continuación, cada curso escenificou un breve spot abordando diversos puntos de vista sobre “A medicina nas nosas vidas”, como nolo relata Cynthia de 5º.





Nome Galego: Xinkgo biloba Latín: Ginkgo biloba Castellano: Ginkgo biloba Inglés: Ginkgo biloba O Xingo Biloba chámaselle tamén “a árbore dos corenta escudos”. É unha árbore única no mundo , sen parentes vivos. Está moitas veces clasificada na súa propia división, Xingo , sendo o único membro da clase, orden Ginkgoales, familia Ginkgoaceae , xénero Ginkgko. O nome vulgar "árbore dos 40 escudos", é debido ao prezo que pagou un parisiense a un horticultor inglés, pola compra de 5 Ginkgos ao prezo de 40 escudos. Botanicamente é unha rareza. Chamáselle “fósil vivinte” por tratarse dun dos vexetais que máis tempo permaneceron sen cambiaos a través das diferentes épocas xeolóxicas. Atopáronse restos petrificados de máis de 200 millóns de anos! É de orixe chinesa, onde é considerada árbore sagrada. Chega a Europa en 1727. Trátase dunha árbore de crecemento lento, pero que pode chegar a alcanzar unha altura duns 30 metros e unha anchura no tronco de entre uns 60 ou 150 cm.

¡PODE CHEGAR A VIVIR 2000 ANOS! No colexio plantamos un xingko biloba o 21 de marzo do 2015 Agora veremos coma foi ese día.









A historia da medicina e tamén a historia das plantas medicinais. Descubrimentos realizados en asentamentos do Neolítico aportan as primeiras probas do uso medicinal das plantas, por parte do ser humano. Na Idade Media, os monxes beneditinos foron extraordinarios coñecedores das plantas e cultivaban numerosas plantas medicinais nas hortas das súas abadías. A abadesa Hidegard von Bingen (1098-1179) escribiu un libro sobre plantas medicinais.

Dentro do proxecto “ A medicina nas nosas vidas” fixemos tres actividades arredor das plantas medicinais. Por unha banda; os nenos e nenas de 5º fixeron un catálogo de plantas medicinais, Sandra –a mamá de Yanet e Lucía Méndez- fixo un obradoiro de identificación e degustación de plantas medicinais para preparar en infusións. E,… para rematar sementamos plantas medicinais e os nenos de 4º plantaron unha planta de Herbaboa. Preparación dunha infusión Ferver auga, engadir as follas ou flores da planta, tapar a mestura durante 5-8 minutos, colar e deixar que arrefríe para beber.

.


Á hora de preparar a revista so fixemos o obradoiro cos grupos de Educación Infantil. Coñecemos o sabor da Herba Luísa, Macela e Menta.

Primeiro, cheiramos as follas para coñecer o olor e a forma da folla da Herba Luísa.

A continuación, puxemos a auga fervendo na xerra e mesturamos as follas secas da planta. Logo tapamos. Despois, servimos,… esperamos a que arrefríase e bebemos.

En segundo lugar, comprobamos o que había dentro do sobre da macela e logo de comprobar como recende, probamos a infusión.

Para rematar, saímos ao xardín de plantas aromáticas que hai no colexio e apañamos unhas folliñas de menta para elaborar a nosa derradeira infusión. Umm!! Como recende esta menta. Quen quere repetir?


O venres 15 de maio celebramos o Día das Letras Galegas, dedicado este ano 2015 a XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE. Intelectual pontevedrés, nacido no ano 1906. Apodado “o vello profesor” polo seu labor como docente (principalmente no Instituto de Pontevedra). Historiador e escritor que cultivou a narrativa, a poesía, o ensaio e mailo teatro. Desenvolveu unha grande actividade cultural: • Participou na formación do Seminario de Estudos Galegos. • Foi presidente do Consello da Cultura Galega. • Dirixiu o Museo "Rosalía de Castro“. • Desenvolveu un gran labor como director do Museo de Pontevedra. • Foi membro da Real Academia Galega… Ocupou cargos públicos durante a ditadura franquista (foi procurador en Cortes e alcalde de Pontevedra de 1959 a 1968 -tomando numerosas medidas para a conservación do conxunto histórico e monumental da vila-). Xa na democracia, foi conselleiro de cultura no goberno de Xerardo Fernández Albor.


Precisamente, por ese labor político desenvolvido durante a ditadura franquista, o seu nomeamento pola R.A.G para ser homenaxeado o Día das Letras Galegas, foi moi cuestionado (por formar parte dun réxime que dirixiu os seus ataques máis feroces contra a lingua e a cultura galega -mentres outras persoas padecían exilio ou prisión pola súa defensa-). Nós pensamos que este é un día que debe de servir para unir a todos os galegos e galegas na defensa da nosa lingua.

Por iso, quixemos aproveitar o acto, para render unha homenaxe ás escritoras e escritores que empregaron a lingua galega para escribir os seus ensaios, as súas novelas, os seus contos, os seus poemas… Como non podiamos nomealos a todos, escollemos a algúns deles como representantes das nosas LETRAS…


En primeiro lugar, quixemos lembrar aos trovadores, que na Idade Media, escribiron fermosísimas composicións en galego-portugués (composicións que tiveron un gran recoñecemento na literatura universal). Destacando as cantigas de amigo dos trovadores da ría de Vigo (Xohan de Cangas, Martín Códax e Mendinho).

Sedia-m'eu na ermida de San Simón, e cercaron-mi as ondas, que grandes son. Eu atendend'o meu amigo! Eu atendend'o meu amigo!

Despois do esplendor da lírica galaico-portuguesa, houbo un longo periodo de algo máis de tres séculos -os chamados SÉCULOS ESCUROS- nos que se abandonou o galego como lingua literaria. Pero, por fin… ¡chegou a luz…!

Rosalía pequeniña soñaba con ser pirata… A pequena Rosalía escribía na nosa fala…

Cantarte hei, Galicia, teus dulces cantares, que así mo pediron na beira do mare…


Adiós ríos, adiós fontes, adiós regatos pequenos… Adiós vista dos meus ollos, non sei cando nos veremos…

Iste vaise, e aquel vaise e todos, todos se van Galicia, sen homes quedas que te poidan traballar…

Os nenos e nenas de Infantil -de 4 e 5 anos- elaboraron un fermoso video -¿Viches a Rosalía?- remedando o realizado pola Escola de Educación Infantil de Lañas -A Baña(traballo que resultara merecente do 2º premio no concurso audiovisual “Imaxina Cantares”, convocado pola Consellería de Educación e Cultura -coincidindo co Día de Rosalía e a celebración do 150º aniversario da publicación de “Cantares Gallegos”-).


Tras os chamados “Séculos Escuros” -a finais do século XIX- Rosalía, Curros Enríquez e Eduardo Pondal, protagonizarán un movemento de reinvidicación do galego como lingua de creación literaria -principalmente poética-: O REXURDIMENTO (1863-1900).

De Pondal, destacamos o himno galego -poema musicado por Pascual Veiga da súa obra “Queixume dos pinos”-).

De Curros, escollemos “Ai ven o maio” -interpretado por Luis Emilio Batallán- (¡os pequeniños do cole enchéronnos de pétalos de flores…!).


E tamén dramatizamos o poema dedicado a Rosalía tras a súa morte…

Do mar, pola orela, mireina pasar, na fronte unha estrela, no bico un cantar…

Recitamos poemas de Antonio Noriega (da súa obra “O ermo”) e de Ramón Cabanillas (da súa obra “A terra asoballada” -invitando aos campesiños á revolución-); ambos poetas autores de transición entre o Rexurdimento e a moderna literatura.

Irmáns, en pé sereos a limpa fronte erguida, envoltos na brancura, da luz que cae de riba… O corazón aberto a toda verba amiga e nunha man a fouce e noutra man a oliva…


S Será no século XX -en tempos da República- cando Castelao e outros intelectuais (que formaron o grupo NÓS), deron un segundo impulso á cultura e á literatura galegas).

A poesía galega de anteguerra (influenciada polo descubrimento das cantigas galaicoportuguesas), creou unha corrente autóctona, denominada neotrovadorismo; sendo Fermín Bouza Brey -co seu poemario “Nao Senlleira”- o seu creador, e Álvaro Cunqueiro o seu representante máis destacado (proxectamos un video con imaxes do autor e a voz de Luis Emilio Batallán -xunto cos nenos e nenas de 1º- cantando: “A pomba dourada”).

No niño novo do vento, hai unha pomba dourada… ¡Quen poidera namorala…!


O extraordinario poeta García Lorca (admirador de Curros e Rosalía) -e namorado de Galicia-, escribe seis poemas en lingua galega, como homenaxe á nosa paisaxe e á nosa lingua. Escoitamos o seu poema “CHOVE EN SANTIAGO” (interpetrado por Luar na Lubre e Ismael Serrano) e dramatizado polos nenos e nenas de 6º.


A Guerra Civil mandou ao exilio a moitos intelectuais e escritores (como Lorenzo Varela -Lonxe-; Luis Seoane -O fardel do exiliado-… ). No exilio interior quedaron autores como Celso Emilio Ferreiro (que pode considerarse un continuador da poesía social e cívica de Curros). Como mostra deste tipo de poesía os nenos de 4º recitaron…

LINGUA PROLETARIA DO MEU POBO, EU FÁLOA PORQUE SI, PORQUE ME GOSTA, PORQUE ME PETA E QUERO E DAME A GAÑA PORQUE ME SAE DE DENTRO ALÁ DO FONDO…

Ademais de poesía social, Celso Emilio fixo poemas de amor dunha beleza e calidade extraordinaria (destacando os dedicados á súa muller MORAIMA...). Escoitamos este fermoso poema na voz -e coas ilustracións- de Suso Vaamonde). Logo, Marta e Anxo, recitaron outro dos seus poemas de amor...

Eu xa te procurei cando o mundo era unha pedra intaita…


Contemporáneo a Celso Emilio foi Xose Mª Álvarez Blázquez, de quen destacamos o libro “Roseira do teu mencer” (conxunto de poemas -cheos de tenrura e musicalidadededicados á súa primeira filla “Colorín”).

Era un airiño suave que se ergueu pola mañá e viña de non se sabe... Era un recendo de rosas da roseira de ningures, que se meteu pola porta... Era unha cantiga leda que nacía non sei onde e petaba na fiestra... Era unha graza sutil que baixaba das estrelas... ¡Eras ti…!

Un dos poetas máis coñecidos das nosas letras é Manuel María, do que destaca o seu carácter combativo e o seu compromiso político. Escoitamos o seu poema…

GALICIA, DOCEMENTE ESTÁ OLLANDO O MARE TEN VALES E MONTAÑAS E TERRAS PRA LABRARE…


Díaz Castro, María Mariño, Xohana Torres, Bernardino Graña, Uxío Novoneyra, Darío Xohan Cabana, Lois Pereiro, Méndez Ferrín, Álvarez Cáccamo, Marta Dacosta, Chus Pato… son poetas a destacar das últimas décadas.

Por amor nacín da terra. Por amor son o que son. Por amor canto o meu canto, por amor... Por amor sángranme os pulsos e ábreseme o corazón. Por amor doénme os ollos. Por amor, só por amor… Aínda que a poesía é o xénero literario dominante en galego, a narrativa (que é de máis tardía aparición), tivo tamén grandes representantes como Castelao, Vicente Risco, Otero Pedrayo, Eduardo Blanco Amor, Anxel Fole, Rafael Dieste e Álvaro Cunqueiro.

Entre os narradores das últimas décadas destacan: Neira Vilas, Méndez Ferrín, Victor Freixanes, Carlos Casares, Suso de Toro e Manuel Rivas (deste último destacan as obras: “O lapis do carpinteiro” e “A lingua das bolboretas” (novelas que foron levadas ao cine).


Os nenos e nenas de 4º e 5º traballamos, nas clases este clásico da literatura galega.

E, por suposto, procuramos dar a coñecer aos autores e ilustradores de literatura infantil galega (Xoan Babarro, Concha Blanco, Pepe Carballude, Xabier Docampo, Helena Villar Janeiro, Antonio García Teijeiro…) que tanto nos fan disfrutar…


Rematado o percorrido pola literatura galega -na SEGUNDA PARTE do acto- actuaron: Os nenos e nenas de 1º coa canción: “A SEÑORA ANICA”.

Señora dona Anica veña abaixo ao seu xardín, veña ver aos frautistas facer así así…

Os de 6º fixéronnos disfrutar coa súa interpretación de “RÍAS BAIXAS STYLE “…

Se tes ganas de ir a praia, poisSeveña, ven… ¡Isto é o edén! ¡Rías Baixas Style!


Os de 3º representaron a obra “ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA” (Premios “Merlín”, “Fervenzas Literarias” e “Neira Vilas” ao mellor libro Infantil 2014).

Como Román Casas quería ser un auténtico chef, pediulle aos seus pais un curso de cociña para o seu décimo aniversario -que coincidía co Día de Defuntos, a festa dos mortos-. E, nese día tan especial, recibiu un megasusto, un agasallo moi singular, un cadaleito acompañado dun sobre negro onde viñan as instrucións para activar a Escarlatina, unha cociñeira falecida no século XIX…


Os de Infantil -de 3 aniños(que traballaron todo o curso arredor do proxecto OS PIRATAS) cantaron a canción:

“O PIRATA METEPATA”

Finalmente, os de 2º representaron a obra: “OS BONOBOS CON LENTES”.






Adiviñas 3º Nicolás: Cucurico non ten ollos, nin cu, nin bico, e os fillos de cucurico teñen ollos, cu e bico. Antía Puga: Anda e non ten pés, come e non ten boca, e toda a comida lle parece pouca . Mya: Unha cousa para quen, sempre chove, e sempre esta mollada. Iván: No alto vive, no alto mora, no alto tece a tecedora. Uns somos verdes, outros negros, pero de dozura, todos imos cheos. Lucía: Auga me chamo, e de nome ardente é o meu corazón. O que non atine é un gran borricón. Pablo: Alto ou baixo, deitado ou de pé, sempre está calado e non hai quen fale mellor ca el. Iago Sanromán: Queres té? Pois toma té! Sabes ti que froita é? Rebeca: Unhas son brancas, outras son negras, todas son doces, todas son boas. Antía V.: Son o diminutivo da fruta prohibida, e flor mediciñal coñecida.


Aarón: Dous irmáns son, un vai a misa e o outro non. Fabiola: Ten mans e non escribe, anda mais non ten pés; se non o adiviñas, ben burro es. Fernando: Un ramiño de noces, que pola noite se espalla, e polo día se esconde. Sara: Amarelo por fora, amarelo por dentro e cun corazón dentro. Que é? Son de cor marrón, abrigado estou en blanco. Que son? Blanca por dentro, verde por for a, se queres que cho diga, espera. Que é? Ten

boca e non fala, ten ollos e non ve, anda e

máis non ten pés, se non o adiviñas ben burro es. Antía F. :Ten un dente e tira pola xente. Laura: Despois de moerme, agua fervendo botan en min, a xente bébeme moito cando non quere durmir. Respostas: as estrelas, o melocotón, o café, o coco, o muiño, o ovo e o pitiño, a campá, o

viño blanco e o tinto, as uvas, augardente, o libro, o tomate, a araña, a lingua, a lúa, o plátano, o figo.


PAULA DAVID V.

YERAY LARA

AINHOA DAVID R.

ANDREA RAÚL

EDU JENNI




Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.