Un ano máis, editamos a nosa revista ANDAINA, coa que pretendemos dar a coñecer, ás familias, as actividades realizadas co alumnado ao longo do curso escolar. Este curso, o proxecto anual de traballo foi: A VOLTA AO MUNDO -centro de interese arredor do cal se organizaron-: - As diferentes celebracións recollidas no calendario escolar. - O plan de fomento da lectura: relatos, poemas e cancións para coñecer o mundo (as xentes, os seus problemas, culturas e paisaxes). - O plan de dinamización lingüística: relatos, poemas e cancións para coñecernos como pobo. Participamos tamén, un ano máis, no proxecto VOZ NATURA ( que resultou tan interesante o curso pasado). Con todas estas actividades, que foron moitas, quixemos desenvolver nos nosos alumnos e alumnas a conciencia solidaria e ecolóxica que lles permita ser mellores persoas -nun futuro non moi lonxano- (persoas especialmente preocupadas pola paz, a xustiza social e o desenvolvemento sostible do planeta). Con estas pretensións, iniciamos cada curso escolar… ¡Ogallá se fagan realidade…!
O CLAUSTRO DE PROFESORAS E PROFESORES.
Previamente, no mes de setembro, presentáramos o proxecto anual de traballo (A VOLTA AO MUNDO) empregando como motivación o libro de Xulio Verne: “A volta ao mundo en oitenta días” (utilizando a adaptación de Lewis York con magníficas ilustracións de Ian Cassaluci -áxil texto co que vivimos as aventuras de Philleas Fogg e Jean Passepartout e demos unha volta ao mundo en trens e barcos de vapor-). Elaboramos unha presentación sobre a vida e obra de Xulio Verne para que os alumnos/as coñecesen a este famoso autor francés.
Logo, aproveitamos a celebración do Día das Bibliotecas Escolares, para renderlle unha homenaxe a AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ (un escritor galego de literatura infantil e xuvenil, que encheu as bibliotecas escolares de fermosos libros, e que falecera -en Vigo- o pasado verán).
Escollemos o seu libro “Un tren cargado de misteiros”, por resultar moi acaído para o noso proxecto “A volta ao mundo” (ao amosarnos un planeta diverso e plural) e por resaltar o valor dos libros e das fermosas historias que as persoas foron creando ao longo do tempo.
Efectuamos a adaptación teatral do texto, ambientando a escena con imaxes e vídeos dos países e lugares emblemáticos que aparecen nesta fermosa historia: Dende a fiestra do seu cuarto, Ana ve pasar o tren todos os días. Un tren que nunca para, porque, onde ela vive, non hai estación. Un día, o ferrocarril detense ao pé da súa casa e Ana recibe a invitación do revisor de subir ao tren.
Ana, axiña descobre que se trata dun tren moi especial, xa que nel: percorrerá países do mundo enteiro, resolverá o misterio que encerran sete enigmáticas caixas azuis…
e descubrirá o libro das infinitas historias…
DÍA DAS BIBLIOTECAS O traballo de 4º curso para está conmemoración foi a lectura do libro de Ledicia Costas: As peripecias de Extravaganzza Pérez, con ilustracións de Óscar Villán. Fixemos un pequeno libro cada un, resumindo os capítulos, que liamos unha vez á semana. Tamén levamos a cabo un traballo de investigación sobre a autora. LEDICIA COSTAS É unha escritora galega. Naceu en Vigo o 19 de setembro de 1979. Estudou no instituto de Beade (Vigo). É licenciada en Dereito. Empezou a escribir con 12-13 anos e tanto lle gustou que seguiu escribindo. É moi amiga de Iria Misa Peralba (Premio Xerais Jules Verne 2016 co libro “ Xa non estou aquí “) que é a filla de Mª José, a nosa profe. Ledicia ten acadado diversos premios. Con Escarlatina. A cociñeira defunta: Premio Merlín de Literatura Infantil 2014, Premio Xosé Neira Vilas e o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil de España en 2015. O libro está editado tamén en catalán e castelán. Tamén acadou importantes premios co seu libro: Jules Verne e a vida secreta das Femme Plants. INFORMACIÓN SOBRE OS SEUS LIBROS O CORAZÓN DE XÚPITER Non lle foi doado mudar de cidade empezar de cero nun novo instituto. Alí coñeceu a Xúpiter, alguén que semellaba saber moito de estrelas. Isla, a protagonista, sentiu a necesidade de sabelo todo sobre Xúpiter. Quedaron para se coñecer nunha noite de San Xoán, de cacherelas e mar embravecido. Despediuse da súa amiga Mar. A súa vida estaba a piques de cambiar para sempre. UNHA ESTRELA NO VENTO Comprobaba como seu mundo derrúbabase dun día para outro; foto do seu pai, da súa profesora de literatura e de toda a xente que a rodea. Abrese un enfrontamento entre dúas pandas que será moi diferente ao que todos eles agardan. ORO NEGRO Nola. muller atrevida e incansable. Secuestran aso seús. Coa axuda do seu valente gato Lolo recorrera a isla de Algures en unha trepidante aventura de obstáculos e sorpresas. ESCARLATINA Escarlatina ,unha cociñeira do siglo XIX, a súa inseparable Lady Horreur , unha escalofriante araña con acento francés e Román, un neno que quere ser cociñeiro. Os tres novos amigos e o gato Dodoto, terán unha aventura onde viven os mortos. ESMERALDINA A pequena Esmeraldina é feliz, aprende todos os trucos culinarios da man da súa avoa. Esmeraldina necesitaba aprender a ser unha pantasma de verdade coa axuda de Lady Horreur, unha araña. Precuela de Escartlatina. A cociñeira defunta.
AS PERICIPECIAS DE EXTRAVAGANZZA PÉREZ
Esta obra serviu de base para moitas das actividades que se desenvolveron no “Salón do libro de Pontevedra” dedicado á bichería. A protagonista da historia é unha nena "valente e peculiar", segundo a autora, e que ten a particularidade de nacer con lentes e de comunicarse de modo sutil cos animais. RESUMO DO LIBRO En vila Soño había unha casa moi especial donde vivían Cocó e Sebastián Pérez. Eran uns investigadores de bechos. Estaban esperando a súa primeira filla, por nome provisional puxéronlle criatura Pérez, naceu nunha tarde de inverno e choiva. Naceu cunhas lentes azuis pequeniñas e os pais decidiron chamarlle Extravaganzza Pérez. Sen as súas lentes non vía ben. Casa Pavo era un auténtico zoolóxico, porque vivían con moitísimos animais. E un día os pais deixarona soa, e emprendeu unha longa viaxe, nun globo aerostático con dous flamengos na súa procura. Foron a Nocturnia onde estaba todo moi escuro, atopáronse con moitos lémures. Chegaron a Océano Verdura. Despois pasaron por Ilusión Ártica, onde facía moito frío, pero ela estaba preparada para o frío. Despois pasaron por Selvática onde viviron unha nova aventura. A historia remata na illa das Esculturas onde se atopan cos Rosmer, uns personaxes moi particulares, e onde tamén se explica o por qué da viaxe dos pais e de Extravaganzza. Para saber o que pasa ao final hai que ler o libro….. É moi interesante e divertido. Temos algúns exemplares na clase de informática, obsequio da autora.
Como todos os anos celebramos a festa de halloween,na que os rapaces disfrazaronse de terribles personaxes; Participaron nun concurso de debuxos de halloween e se lle deu un agasallo a todos.
Os nenos do curso de 1ยบdaban moito medo
Infantil de 3 e 4
Eleximos os gañadores dos debuxos.
Una bruxiña máxica:Luna
Infantil de 4 e 5.
Como todos os anos celebramos o magosto, comendo unhas riquĂsimas castaĂąas que asaron as nais e pais dos nen@s. Mirade que ben o pasamos!!! E como papamos!!!
Aproveitamos este día -no que se pretende fomentar a fraternidade entre os nenos e nenas do mundo- para: 1. Dar a coñecer os dereitos da infancia (a través de vídeos de Unicef e das cancións “Eu quero” de Rubén Rada e “Os dereitos humanos o teu mellor instrumento” -banda sonora da película “A extraordinaria viaxe de Lucius Dumb”-).
2. Lembrar que os nenos son o colectivo máis vulnerable e que máis sofre as crisis e os problemas do mundo.
3. Facerlles ver a sorte que teñen de vivir en paz coas súas familias; de ter unha vivenda digna, unha boa alimentación e coidados médicos; de poder disfrutar dunha boa educación e un ambiente san onde poder xogar e divertirse. 4. Lembrar o labor das persoas que traballan, desinteresadamente, para que os nenos e nenas teñan un futuro mellor.
Ademais, organizamos contacontos que tiñan a nenos/as -neste caso africanos- como protagonistas (coa intención de ir organizando outras sesións, para que os nosos alumnos vaian coñecendo historias doutros rapaces e rapazas que viven en lugares moi diferentes, con outra cor de pel, que falan outras linguas, pero que teñen os mesmos sentimentos ca eles). Jafta é un neno africano que nos presenta á súa familia e nos conta as cousas que sinte e que lle suceden cada día.
Ama, a protagonista desta tenra e encantadora historia, acaba de ter un novo irmanciño. A nena pregúntalle á súa avoa Sisi que agasallo de benvida podía facerlle ao seu irmán. A avoa respóndelle que, simplemente, lle regalase amor… ¿Onde atopará Ama este precioso agasallo?
Para introducir a reflexión sobre o grave problema que supón a violencia de xénero na sociedade actual, elaboramos unha presentación, poñéndoñe imaxes á letra da canción: “QUE NADIE” de Manuel Carrasco.
Fixemos unha adaptación do conto “OS HOMES NON PEGAN” -de Beatriz Moncó- que serviu como motivación para un interesante debate cos maiores do cole. Para os pequenos, organizamos contacontos e visionamos vídeos sobre a coeducación e os estereotipos de xénero.
Tras o debate, concluimos a necesidade da coeducación e da igualdade de xénero para acabar con esta lacra social.
DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO O
día
25
de
novembro
conmemoramos
no
noso
colexio o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Todos os cursos participamos de distintas maneiras, Xa que é un tema que nos interesa a todos. Os nenos de 2º,3º,4º,5ºe 6º reunímonos primeiro e despois viñeron os de infantil e primeiro para cantar unas cancións. Os nenos e nenas de 3º representaron a obra “Os bonobos con lentes”. Así, puidemos aprender que as mulleres saben facer moitas máis cousas das que
moitos
pensan
e
que
grazas
podemos lograr un mundo mellor.
á
nosa
pericia
Tamén escoitamos “O libro dos porcos”, guiado por unha mestra do centro. Aquí decatámonos de que os homes e os nenos teñen que axudar ás nais e avoas nas tarefas da casa porque senón acabarán sendo uns porquiños…
Ademais lemos un conto titulado “Os homes non pegan”, no que un neno descubre que o seu mellor amigo ten un pai maltratador que lle pega a el e a súa nai. Este conto ten un final feliz, xa que faise
xustiza
e
o
pai
é
detido
pola
policía,
podendo el e a súa nai volver a ter unha vida normal.
Sabedes
que
conclusión
sacamos
deste
conto? De maiores os nenos queren ser homes, pero homes de verdade!
Despois estivemos pensando e falando moito sobre este tema.
Celebración de Nadal En primeiro lugar, quixemos resaltar os valores de solidariedade e fraternidade propios destas datas, a través de tres libros -dos que fixemos as conseguintes adaptacións teatrais-: A BONECA E A CASTAÑEIRA (ambientada con fermosas cantigas de cantautores galegos). Marcela vive coa súa avoa, a castañeira, e mais cunha boneca de trapo gastada polo tempo e os abrazos. No Nadal, a avoa monta o posto de castañas, diante dunha tenda de xoguetes; Alí, ve no escaparate, a boneca de porcelana perfecta para a súa neta. Entre as compras, os agasallos… nestas datas todo son présas. Un día, un home que sae da tenda todo apurado, deixa caer un paquete: ¡dentro estaba a boneca de porcelana...! A Marcela gústalle, pero non tanto como a avoa esperaba… O Nadal converteuse nunha época para o consumo, sobre todo de xoguetes. Posuír e adquirir bens materiais é a chave do benestar para grandes e pequenos. Pero a felicidade consiste en explorar e crear, antes que en ter, e hoxe moitos xoguetes -como a boneca de porcelana- non están concibidos para que nos divirtamos con eles. O valor dun xoguete está no seu poder para facer voar a imaxinación dos que xogan con el, máis que no seu valor económico. A capacidade simbólica é libre, así que calquera obxecto pode converterse nun xoguete. Vivimos nunha época na que a publicidade nos acosa por todas partes, e os nenos piden como agasallo o que sae nos anuncios. Pero o texto de Roberto Aliaga vén a recordarnos que hai que consumir con responsabilidade e non mirar para outro lado ante a pobreza e as inxustizas que existen ao noso redor.
¿SODES VÓS OS REIS MAGOS? Unha nena vai á panadería a buscar o pan e atópase con tres inmigrantes que estaban vendendo as súas mercadorías na rúa. Polo seu aspecto e vestimenta, a nena pensa que son os Reis Magos… Eles, cóntanlle a nena de onde veñen e fanlle uns bonitos agasallos.
Aproveitamos esta fermosa historia para tratar o tema da inmigración -de tan candente actualidade-, proxectando imaxes e vídeos referentes á inmigración procedente de Siria e de países africanos.
OLIVIA E A CARTA AOS REIS: Para Olivia era moi difícil escribirlle unha carta aos Reis Magos. Á vista de todos os xoguetes que había nos escaparates, non era quen de elixir… O seu avó cóntalle o que el pedía cando era pequeno…
O valor desta historia é que o avó convence á nena de que non era necesario pedir moitas cousas, xa que, con calquera cousa que lle trouxeran os Reis, íanse divertir moito.
Resultou moi bonito a ambientación da obra con música instrumental propia das datas e con gifs animados de xoguetes e de decoración navideña.
Ademais, os de 4º representaron a fábula “Petra e o lobo” (que traballaron na clase de Lingua Galega).
E, por suposto, non puideron faltar as cantigas, bailes e panxoliñas…
Empezamos o acto, observando imaxes sobre o significado que debe ter a celebración deste día e destacando a necesidade da xustiza social e da solidariedade para conseguir a paz mundial -que aínda segue a ser un soño que non acaba de facerse realidade…-.
30 de Xaneiro
Seguimos reflexionando -como xa fixeramos o Día da Infancia- sobre o feito de que eles teñen a sorte de poder vivir en paz, de estar coa súa familia, de ter unha vivenda digna, unha boa alimentación e coidados médicos, de recibir unha boa educación e de poder xogar e divertirse nun ambiente saudable.
Pero hai moitos nenos e nenas do mundo que non teñen a súa sorte, e son precisamente eles, os que máis sofren polas crises e conflitos do mundo.
A ambición polo poder e a riqueza provoca guerras, inxustizas e diferencias sociais. Proxectamos os vídeos “Top sete peores guerras actuais” e “Frena o espectáculo das armas”: https://www.youtube.com/watch?v=rHPN3KpefQ4 https://www.youtube.com/watch?v=PNb5nVg1KlQ
Aos nosos nenos e nenas -na casa e na escola-, contámoslle contos que desenvolven a súa imaxinación e fantasía. Moitos deles, son contos de fadas nos que aparecen príncipes e princesas e tamén fadas que axudan aos personaxes a resolver os seus problemas.
Pero hai moitos nenos e nenas para os que non hai contos de fadas… As súas historias reais son recollidas nos CONTOS SEN FADAS DE UNICEF (que visionamos a través de vídeos): “A historia de Ivine e a almofada”, “O paseo de Mustafá” e “Malak e o barco”.
Por todo isto, quixemos pedir a PAZ en todas as linguas… (comentando e cantando as seguintes cancións): “Paz” e “Tristes guerras” de Paco Damas e “Color esperanza” de Diego Torres (a traves dun vídeo elaborado polos de 6º).
Os pequeniños tamén festexaron o día… Reflexionando sobre o feito de que a convivencia pacífica diaria está nas nosas mans:
evitando enfadarse, non pelexando, queréndose, respectándose…
compartindo, axudándose, xogando xuntos e sorrindo moito…
Escoitando o conto “Un can e un gato”. Sinxela historia da relación entre un can e un gato que axuda a proxectar situacións conflitivas na mente dos nenos e tamén a comparalas, consciente ou inconscientemente, con outras experiencias emocionais. Igual que ocorre nesta historia, a ledicia e a aceptación dos outros, fannos sentir agarimo, convertendo o mal humor en optimismo.
Coa representación da obra: “A bruxa enrabechada”. No poboado das bruxas armouse unha boa lea por culpa da receita da Beberaxe Verde… ¿Conseguirán as bruxas Damedá e Estragadora arranxar as súas diferenzas sen chegar a pelexar…?
Da man destas bruxas, tan sabias, saberás que coa violencia non se consegue nada…
¿Estarás de acordo, verdade…?
Bailando moito: Co baile “O xogo da Carrasquiña” que prepararon na clase de Música. PAZ 2017\07 O Xogo Da Carrasquiña.mp3
Coa “Cantarela dos nenos” de Neira Vilas. PAZ 2017\Cantarela dos nenos - YouTube (1080p).mp4
Coa cantiga “Que bueno” de The Kids Band.
https://vimeo.com/116954318
No contexo do proxecto “A volta ao mundo” disfrazámonos de xentes dos distintos continentes, traballándose CONTOS POPULARES DE DISTINTAS CULTURAS DO MUNDO.
Día da Muller O día 8 de marzo celebramos o Día da Muller co lema: VIVIR A DIFERENCIA, GARANTIR A IGUALDADE. Realizamos unha adaptación teatral do libro: “O PAÍS DOS MANDÓNS” de Paloma Rodríguez.
No país dos mandóns uns cantos mandaban sobre o resto e non permitían que as nenas, as mamás ou as avoas xogasen, saísen ou traballasen fóra da casa.
Por iso, algunhas veces, as mulleres daquel país estaban tristes e outras veces estaban moi, pero que moi enfadadas… Tampouco os papás, os avós e os nenos estaban felices, nin moito menos…
E xuntáronse e falaron e falaron… E pensaron e pensaron… E, convencidos de que era preciso facer algo para mudar as cousas, decidiron ir falar co señor Mandamáis… Así que, aquel día -8 de marzo-, puxéronse en camiño, levando ao pescozo unha bufanda lila para que todo o mundo soubese que ese grupo ía en misión especial, na procura da igualdade…
Ao escoitalos, o señor Mandamáis e os seus secuaces, puxéronse furiosos, coas caras vermellas da carraxe… ¡Eles fixeran as normas e había que cumplilas…! Pero esta vez a xente estaba disposta a defender os seus dereitos e decidiron votar o que querían facer… E votaron que querían compartir as tarefas da casa… E votaron que querían practicar xuntos as súas afeccións e que querían divertirse xuntos… E votaron que xa non querían que mandara o señor Mandamáis no seu país.
E escribiron todas estas novas normas -A SÚA CONSTITUCIÓN- nun papel lila que logo asinaron todas e todos… E pensaron e decidiron que un país no que as nenas e os nenos están contentos, no que as nais e os pais colaboran xuntos, no que os avós e as avoas non están tristes… tíñase que chamar: O PAÍS DA IGUALDADE.
Logo, os distintos cursos, expuxeron un resumo dos traballos de investigaciรณn propostos sobre AS MULLERES VALENTES.
Os alumnos e alumnas de Educación Infantil explicamos a todos os nosos compañeiros do colexio o que lle pasou a MALALA
1º PRIMARIA
3º DE PRIMARIA
P
MARIE CURIE
Científica polaca que descubriu a radiactividade, e dous elementos químicos: O Polonio e o Radio. Foi a primeira persoa en recibir dous Premios Nobel en distinta especialidade, Fisica e Química, E a 1ª muller en ocupar un posto de profesora na Universidade de Paris. IREA P. – PEDRO- KESIA- UNAI
DIAN FOSSEY Zoóloga estadounidense coñecida pola labor científica e de protección dos gorilas das montañas Virunga, en África. Despois de vivir con eles moito tempo para observar o seu comportamento , escribiu o libro: “Gorilasna neboa”, do que logo farían unha famosa pelicula. YANET- JULIA- IVÁN- SAMUEL
HEIDI HEZTER Mecánica e coleccionista de coches antigos. Decidiu dar a volta ao mundo nun dos seus coches, como fixera Cläerenore Stinnes en 1927. DYLAN- NOA- IRIA - PABLO
EILLEN COLLINS Coronel retirada e antiguo piloto de probas da Forza Aérea dos Estados Unidos e astronauta da NASA . Foi a primeira muller piloto e comandante dun transbordador espacial. ABEL- MARIO- NINA- IREA N.
4º DE PRIMARIA
FRIDA KHALO Pintora mexicana que tivo un gravísimo accidente nun autobús cando era xoven, que a obrigou a estar nunha cama durante longos periodos de tempo. E a tiveron que operar 32 veces. Polo cal, toda a vida sufriu no seu corpo as consecuencias. Todo ese sufremento o reflexou nos cadros que pintou. CRISTIAN-ALEJANDRA-ANDRÉS
NUJEEN aAdolescente siria con paralise cerebral que utiliza para desprazarse unha cadeira de rodas . Viaxou,escapando da Guerra,dende Siria ata Alemania, xuntocoa sua irmá.Percorreu máis de 5.600 km. Atravesou o mar Mediterráneo subida nuha –zodiac coa súa cadeira. MANUEL- XOEL - SABELA
MARÍA DE VILLOTA Piloto de Fórmula 1, que no ano 2012 sufriu un gravísimo accidente conducindo un coche, do cal lle quedaron moitas secuelas na cabeza. Unha delas foi a pérdida do ollo dereito. No 2.013 morreu de repente, con 33 anos, seguramente a consecuencia daquel accidente. ADRIÁN - UXÍA-PAULA
5º DE PRIMARIA
JANE GOODAL Muller inglesa, primatóloga, é dicir, que estudia aos primates, especialmente aos chimpances.Tamén é etóloga, antropóloga e mensaxeira da PAZ da ONU. NICOLÁS- ANTÍA P.- ANTÍA V.
CLÄERENORE STINNES Con 24 anos participou na súa primeira carreira de coches. En 1927 xa gañara 17 carreiras, e era unha das pilotos máis exitosas de toda Europa. En 1927 comezoua súa viaxe arredor do mundo. Despois de súa viaxe, percorrera 47.000km . en coche. IAGO- RODRIGO- SARA
JULIA BUTTERFLY HILL Rapaza, que con 22 anos sufriu un grave accidente. Na súa recuperación dá paseos polo bosque, e sinte un gran amor polas árbores. Para evitar que talen unha xigante secuolla de 55 metros de alto,a que chamaba LUNA, trepa por ela e mantense vivindo nas suás ramas durante 2 anos. REBECA-IVÁN-LUCÍA
CLARA SCHUMANN Destacada pianista e compositora alemana.Estivo casada co pianista e compositor Robert Schumann.Algunha das obras do seu marido créese que poideron ser compostas por ela . Pola época, debido a súa condición de muller non chegou a destacar tanto coma outros compositores,a pesar de ter un gran talento. ANTÍA F.-LAURA-PABLO-FABIOLA
6º DE PRIMARIA
AMELIA EARHART Aviadora, primeira muller en conseguir numeros records ao voar soa atravesando o Océano Atlántico e Pacífico. Intentou voar arredor do Mundo, pero non o conseguiu. No intento sufriu un accidente e morreu. HUGO- PABLO- LUCÍA M.
ANA FRANK Nena xudía alemana que durante a 2ª Guerra Mundial estivo escondida durante 2 anos coa súa familia , nunha zona oculta da súa casa , para non ser atopadas polos nazis. Nese tempo escribiu un diario. Ata que os nazis os atoparon e levaron a un Campo de Concentración. ANXO-RAÚL
HEROINAS DE SÁLVORA Mulleres que vivían na Illa de Sàlvora, e no 2 de Xaneiro de 1921 acudiron a rescatar a nàufragos do buque inglès Santa Isabel,que afundíu cerca da Illa.
Ese día morreron afogadas 213 persoas, e elas
conseguiron
salvar a 58, recolléndoas nas súas pequenas barquiñas. LUCÍA J- AITANA- MARTA
DÍA DO LIBRO 2017
Día das Letras Galegas A Real Academia Galega dedicou o Día das Letras Galegas 2017 ao escritor Carlos Casares.
Carlos Casares Mouriño naceu -no ano 1941- en Ourense, cidade que deixaría unha fonda pegada na súa obra. Estudou Filosofía e Letras en Santiago de Compostela. Exerceu a docencia -desde 1969- en Viana do Bolo, Bilbao, Cangas do Morrazo e Vigo. Nesta cidade faleceu o 9 de marzo de 2002. Comezou a súa carreira literaria moi novo, pois en 1965 publicaba os seus primeiros relatos na revista Grial. Como narrador, Carlos Casares ocupa un lugar indiscutíbel na historia da literatura galega, sendo as súas obras máis destacadas: “Vento ferido”, “Xoguetes pra un tempo prohibido”, “Os escuros soños de Clío”, “Ilustrísima”… Ademais, Carlos Casares cultivou: a literatura para nenos -con obras como “A galiña azul” ou “As laranxas máis laranxas de todas as laranxas”- o ensaio e mailo xornalismo (sendo colaborador habitual da Voz de Galicia, durante catorce anos, coa súa columna “A marxe”).
Ingresou na Real Academia Galega en 1978, foi deputado polo PsdeG-PSOE en 1981, dirixiu a Editorial Galaxia e a revista Grial, e presidiu o Consello da Cultura Galega desde 1996.
Para festexar este día todos os nen@s fixemos un festival. En primeiro lugar os nenos e nenas de …. explicaron a biografía de Carlos Casares.
Os nenos e nenas de 1º faláronos do significado deste día
Os de 4º representaron a obra “O can Rin e o lobo Crispín” (da que fixemos unha adaptación teatral).
Rin é un can moi peculiar, fai cousas coma ningún outro fai... ata fala en latín. O can Rin é moi especial, moitísimas son as marabillas que este can branco e peludo é quen de facer: conta historias coma ninguén, sabe falar en latín, toca o clarinete... Pero a mellor de todas é a que fala de cando Rin conseguiu que o lobo máis temible de todos, o lobo Crispín, lambese unha ovella…
Os de 6º representaron o conto “A galiña azul” de Carlos Casares.
Un libro co que miles de nenos e persoas maiores se introduciron na literatura infantil na nosa lingua. Un libro fermosísimo, sinxelo, profundamente humano, divertido e ateigado de tenrura… Publicado por primeira vez en 1968, neste libro o narrador vai recordando para unha nena amiga, Ana, algúns episodios vividos por ela na infancia, entre os que destacan as historias de Leoncio, o inventor da bomba da Felicidade e do "papaio", unha lingua para falar cos paxaros. Claro que o personaxe central é a Galiña Azul, á cal quere matar Manolito Listón porque, segundo di, unha galiña que en vez de dicir cacaracá di cocorocó e que ten cinco plumas encarnadas na á dereita, "non é unha galiña como é debido".
Os nenos/as de 2º fixernons unha bonita cantiga desta “Galiña azul”
Con motivo do Día de Europa -o 9 de maio- traballamos o libro “A abella de máis” de Andrés Pi Andreu. Pareceunos un libro idóneo para traballar a Europa dos dereitos e as súas contradicións (concretamente a grave problemática da inmigración e os refuxiados). É un libro que trata temas tan actuais como o racismo, a xenofobia e a discriminación social, destacando os valores da solidariedade e a tolerancia. Na colmea había unha grande axitación. Cada día semellaba que había menos espazo dispoñible. Encárgase ás abellas arquitectas o estudo do problema, chegándose á conclusión de que a falta de espazo débíase a que había unha abella de máis. As sospeitas planean sobre todas as abellas da colmea, pero ningunha das hipóteses, sobre como podía ser esa abella foránea, levan a un resultado concreto, polo que as abellas -reunidas en asemblea- deciden poñer fin á procura e dar unha solución solidaria a esa falta de espazo.
Os nenos e nenas de 3º fixeron unha adaptación teatral do texto para representar o Día das Letras Galegas.
E por suposto non faltou a música …. Os nenos de 5º e 6º puxéronlle música a preciosa cantiga :“Quen poidela namorala”.
E os máis cativos do colexio representaron e fixeron un baile espectacular!! da cantiga “ O piollo e a pulga”
E para finalizar tivemos a entrega de agasallos para os gañadores dos nosos “Xogos Florais” onde premiamos as poesías máis creativas. Irea Perez e Irea Navós de 3º de Primaria Vanos explicar en que consistiron estes “Xogos Florais
RE
O D I N INO U
EXIPTO
A I D N I
Este ano no noso colexio comezamos un novo proxecto, dirixido a motivar aos nosos nenos e nenas de cara as diferentes aprendizaxes( tanto escolares como socias e comportamentais). Para isto creamos o Primeiro concurso de “Castelos de CEIP da Cruz” no que cada neno/a e unha peza fundamental , xa que co seu esforzo , a súa constancia a súa gana de superación e o seu compañerismo van a acadar o triunfo , sendo así os seus éxitos os éxitos do seu grupo. Pero para que saibades mellor que é isto dos “Castelos” ou “Casas”, así o explican algún nenos e nenas de 3º de Primaria
Agora algunhas fotiùos ‌.
Este ano hai moitas despedidas, e dende o colexio a todos os que marchades queremos dexesarvos o mellor a tod@s na vosa nova etapa.