Benvidos e benvidas a esta nova edición da nosa particular “Andaina”. ¡Xa é a número 23! Ao longo deste curso desenvolvemos o proxecto anual “ A Terra cóidanos, coidemos á terra”, esta foi a temática proposta nas distintas actividades realizadas ao longo do curso. Iso si, dende diversos puntos de vista: a contaminación, a alimentación saudable –Plan Proxecta-, o coidado e respecto do medio ambiente, a sensibilización coa reutilización do material de refugallo, o coidado do horto escolar, plantación de árbores,… Nos diferentes artigos que estades a punto de ler faise referencia a algunhas destas actividades. O noso proxecto comezou coa chegada dunha doutora e unha enfermeira -Elia e Lucía- ao colexio, explicando que a Terra está doente por causa das actitudes e hábitos de moitos humanos. Dende ese momento, cada curso investigou a orixe dunha problemática diferente (contaminación acústica, perda de ecosistemas, a contaminación das augas dos ríos e mares, tratamento de residuos…) e os nenos e nenas deses cursos ensináronnos ao resto do alumnado do colexio diversas condutas que cada un de nós pode realizar a cotío de xeito responsable. ¡Se cada quen actuase así en todo o mundo, a Terra deixaría de estar tan doente!. Asemade, tamén nas especialidades puxéronse en práctica actividades relacionadas con este tema: en Educación Física os nenos e nenas tiveron a oportunidade de elaborar xogos e xoguetes con material de refugallo, de realizar prácticas con bicicletas como medio de transporte non contaminante, … ; en Inglés, búsqueda de vocabulario dos nomes das plantas medicinais que hai no colexio; en Relixión, o coidado da natureza como lugar a conservar. Tamén as familias colaborastes para mellorar a vida da Terra cos obradoiros de Recicamos, coa implicación no horto escolar, nas marabillosas pinturas que decoran o patio cuberto, … estando nun lugar máis agradable sentímonos mellor. En referencia ás Letras Galegas, participamos no concurso que organiza a Consellería para divulgar a vida e obra do autor homenaxeado. ¡Non houbo sorte! Pero os nosos carteis están expostos na cortiza de entrada ao colexio. Os traballos gañadores decoran os cristais do recuncho das familias. Manuel María estivo moi presente ao longo do curso nas nosas aulas e no salón de actos. El, que coa sensibilidade foi quen de saber transmitir a importancia do mundo natural. Desexamos que gocedes con todo o que aparece na revista e, sobre todo, que descansedes o suficiente nestas vacacións para cargarse de enerxía e poder iniciar o vindeiro curso escolar, con moitas ganas de percorrer novas “aventuras de aprendizaxe” xuntos. FELICES VACACIÓNS DE VERÁN!!!!!!!!!!! O equipo de mestras do CEIP da Cruz
XOSÉ NEIRA VILAS O 27 de novembro do 2015 finou un escritor moi prezado por moitas xeracións de nenos e nenas, o noso admirado e querido Xosé Neira Vilas. Dende hai anos, lense os seus libros, o máis coñecido é “Memorias dun neno labrego”. A obra máis lida e lingua galega! Escribiu libros para nenos e para adultos. Nas escolas, dende 1961 que se publicou “Memorias dun neno labrego”, non deixan de lerse as súas historias, representar obras de teatro, monólogos, analizar a realidade social da época … A obra de Neira Vilas reflicte a súa infancia no medio rural, a emigración, a realidade da Galicia da postguerra, a desigualdade social … Dende estas páxinas o noso agradecemento a este entrañable e incansable escritor que nos amosou maxistralmente o seu mundo, deixando como herdanza toda a súa bibliografía. Quizais, este verán apetézavos coñecer a Balbino, ao espantallo,… ou cantar as cancións de “Cantarolas”. pola granSeherdanza que nos deirxas historia vos decidides, seguro quecoas idestúas disfrutar!
“Maimiño” Maimiño é un pequeno labrego que, a pesares de ser baixiño, empéñase en sacar a súa familia da pobreza na que viven. Unha praga de insectos que destrúe a súa colleita e o encontro cun Espello máxico son os sucesos que o levarán á unha nova vida… De camiño amiño á cidade, vivirá moita moitas aventuras, conseguindo demostrar que o seu pequeno tamaño nada tiña que ver coa súa gran intelixencia e valor…
No curso escolar 2015 – 2016, os nenos e nenas de Educación Infantil convertémonos en auténticos cociñeiros e cociñeiras. Para iso, Fermín e os seus colaboradores axudáronnos no inicio do proxecto, ensinándonos algúns utensilios empregados na cociña..
E crearon o seu propio cociñeiro:
PEPE Eso sí, despois cada un debuxamos a nosa idea personal dun cociñeiro/a.
Pero preguntámonos, qué sabemos das cociñeiras e cociñeiros?
E, qué queremos saber?
Para solucionar todas estas dúbidas, usamos dous contos relacionados coa cociña:
- O libro con mordisco:
- La cocina de dibujos:
E ademais coñecemos: - a poesía de “Los tres cocineritos”.
- diferentes menús:
- e como van vestidos nas súas cociñas:
Esto último, serviulles os nenos e nenas de 6º de E.I. para escoller o seu disfraz para o Entroido., e todos xuntos poidemos comprobar o traballo de panadeiro grazas á visita á Copena. en Camos.
Como remate deste curso esolar, cada aula de Educación Infantil, elaborará unha parte dun menú: 6º E.I. un 1º prato, 5º E.I. un 2º prato e 4º E.I. o postre.
E todos xuntos o degustaremos.
DÍA DA PAZ 2016
Para homenaxear a esta marabillosa palabra e todo o que significa, os alumnos e alumnas do CEIP da Cruz, fixemos un montón de actividades. Comezamos o día plantando unha árbore: A OLIVEIRA , árbore da que as súas follas son símbolo de PAZ , no peteiro da pomba branca.
E, que mellor maneira para celebrar o día da
Paz,
que dando BICOS. O
alumnado de Infantil, e de 1º de Primaria, disfrutaron co conto : “ Unha Manchea de Bicos”.
O alumnado de Primaria non puidemos faltar a CARREIRA SOLIDARIA, organizada polo colexio de Panxón, como levamos facendo nos últimos anos . Participamos os alumnos e alumnas de 2º, 3º, 4º, 5º e 6º. Este ano recadamos:
207,80 euros, que serán doados para axudar a familias necesitadas do concello de Nigrán.
PRIMEIROS AUXILIOS Este curso, na clase de Educación Física, os alumnos e alumnas de 5º e 6º fixemos un traballo sobre os Primeiros auxilios. Primeiro, cada grupo investigou sobre un tema e despois expuxémolo aos demais nenos do colexio. As medidas de Urxencia , son medidas terapéuticas urxentes que se aplican a vítimas de accidentes ou enfermidade súbita ata que teñamos tratamento especializado . A finalidade dos primeiros auxilios é para aliviar a dor e angustia dos feridos ou enfermos e evitar o agravamento da súa condición . En casos extremos , son necesarios para evitar a morte ata que se obteña asistencia sanitaria . As medidas de Urxencia varían segundo as necesidades da vítima e dos coñecementos do socorrista. Saber o que non debemos facer é tan importante como saber o que facer , porque unha medida terapéutica mal aplicado pode causar serias complicacións.
Neste cartel vemos os tres pasos a seguir:
Primeiro: PROTEXE, a zona onde está a vítima, protéxete ti que estas axudando para que non haxa outro accidente. Segundo: AVISA a algunha persoa maior ou a un médico chamando ao Terceiro: SOCORRE atendendo á persoa lesionada.
112.
Calquera que sexan as lesións, son aplicables unha serie de normas xerais: Sempre hai que evitar o pánico e a precipitación. A non ser que a colocación da vítima expóñao a lesións adicionais, deben evitarse os cambios de posición ata que se determine a natureza do proceso. Un socorrista adestrado ha de examinar ao accidentado para valorar as feridas, queimaduras e fracturas.
Débese tranquilizar á vítima explicándolle que xa foi solicitada axuda médica.
A cabeza debe manterse ao mesmo nivel que o tronco excepto cando exista dificultade respiratoria. En ausencia de lesións craniais ou cervicais pódense elevar lixeiramente os ombreiros e a cabeza para maior comodidade. Se se producen náuseas ou vómitos debe virarse a cabeza cara a un lado para evitar aspiracións. Nunca
se
deben
administrar alimentos ou bebidas e moito menos a un paciente inconsciente. A primeira actuación, a máis inmediata, debe ser procurar unha
ao
paciente
respiración
aceptable:
conseguir
a
desobstrución
das
vías
respiratorias para evitar a asfixia, extraendo os corpos estraños - sólidos ou líquidos- e retirando a lingua caída cara atrás. Se o paciente non respira por si só haberá que ventilarlo desde o exterior mediante respiración boca a boca até dispor dun dispositivo mecánico. Aitana Juste, Lucía Juste e Lucía Méndez (5º)
Polo Entroido 2016, no CEIP da CRUZ desfilaron
ricos amorodos (nen@s de 2º),
froitas saborosas (nen@s 5º) e hortalizas variadas (nen@s de 3º) , que uns “afanados” granxeiros (nen@s de 6º) cultivaron e coidaron, vixiando os bichiños que por alí andaban (nen@s de 4º).
E baixo a atenta mirada duns coloridos
espantallos
(nen@s de 1º), que tiñan a raia a uns coellos “roubacenorias” (nen@s de 3 anos), a chuvia prateada (nen@s de 4 anos) fixo crecer estos productos da terra; que uns grandes cociñeiros (nen@s de 5 anos) converteron nun manxar saudable e natural.
Pero antes do desfile .... Comezou a semana dun xeito especial, coas ordes da Camosiña hortelá: sombreiro palleiro, botas de goma, regadeira e luvas de traballo. Estabamos listos para ir á leira! Desfile, merenda e xogos especiais, todo xiraba arredor do Proxecto Anual “A Terra cóidanos. Coidemos a Terra” En Primaria seis xogos e seis equipos, con nenos e nenas de diferentes idades. Bailaron con laranxas, adiviñaron con tacto, recolleron patacas “as apalpadelas” , xogaron á “Macedonia” e fixeron relevos con regadeiras ... Pasámolo fenomenal! En Infantil tamén bailaron con laranxas, buscaron patacas, xogaron á Macedonia e, o máis divertido de todos, relevos de carretillas cheas de aparellos da horta.
ROSA CARAMELO “Rosa Caramelo” cóntanos a historia da elefante Margarida que non quería ser como as
demáis. Todas eran de cor rosa, menos ela . Para manter esa cor tiñan que estar permanentemente pechadas nun recinto comendo anémonas e peonías, que a ela non lle gustaban nada. Non podían correr, bañarse nos ríos, nin andar libres polo campo, como si facían, os seus compañeiros machos, de cor gris. Margarida está triste porque non quere estar alí pechada facendo o que fan as demáis . Os seus pais intentan convencela para que faga o mesmo que as outras e así convertirse nunha preciosa elefante de cor rosa, e se enfadan con ela . Pero ela quere ser libre, e facer outras cousas que lle gustan . Así que, un día decide saír do recinto e disfrutar da súa liberdade . Nese momento é feliz . As súas compañeiras a miraban , o primeiro día asustadas . O segundo día preocupadas . O terceiro día perplexas. No cuarto día con envexa. E, o quinto día, as mais valentes foron saíndo e libráronse de todo. Por fin foron felices. Lucía Méndez Gómez. 5º Primaria
Os alumnos e alumnas de 5º contamos este conto de Adela Turín ao alumnado de 4º. Axudámoslles a que entenderan o qué é un estereotipo de xénero, e xuntos identificaron imaxes de anuncios de xoguetes onde se reflexan estereotipos. Entre todos chegamos a conclusión de que nin os xogos nin os xoguetes teñen sexo, e debemos elixir según os gustos de cada quen. Non estar influenciados polos medios de comunicación, e deixar de lado os estereotipos masculino e feminino.
Tamén realizamos entre todos unha gráfica onde se reflexaban os estereotipos nas tarefas domésticas, é dicir as tarefas que están relacionadas co sexo feminino ou masculino , resultado dunha táboa realizada polo alumnado de 4º. Chegamos a conclusión de que as mulleres seguen estando cargadas de traballos domésticos relacionados directamente co fogar : limpeza, colada, coidado de fillos-as e persoas maiores….., e os homes se adican a traballos relacionados co mantemento de instalacións: electricidade, fontanería, bricolaxe, …etc. Intentaremos por da nosa parte e ir colaborando en todo o que poidamos para que cando sexamos adultos, na nosa casa, non exista tanta diferencia nas tarefas, e colaboremos nas tarefas domésticas todos e todas por igual.
MULLER E
Na clase de EF fixemos un libro sobre a vida de mulleres que destacan ou destacaron nalgún deporte e que moitas veces non foron ou son coñecidas, nin recoñecidas porque a maior parte da información dos xornais e televisión adican as súas reportaxes aos deportes maioritarios e masculinos.
DEPORTE O deporte é un piar básico para a saúde e o benestar, tanto físico como psicolóxico, que potencia a estima das persoas que o practican, ao igual que o coñecemento do seu propio corpo, motivando un estilo de vida con hábitos saudables que se comezan na infancia poderán durar toda a vida.
O deporte igualitario é a forma máis efectiva de rematar cos estereotipos sexistas que limitan a participación feminina en calquera das súas áreas.
O deporte é un meimprescindible para rematar cos estereotipos de xénero.
O deporte é un espazo para a prevención de prácticas discriminatorias sexistas, xenófobas e demais formas de violencia.
O deporte é un método imprescindible para romper cos modelos tradicionais acerca das prácticas denominadas como masculinas, polo que se debe garantir o acceso das nenas, adolescentes e mulleres á súa práctica.
As nenas a partir dos doce anos de idade abandonan de xeito preocupante as prácticas deportivas, renunciando ás súas calidades socializadoras e para a saúde física e psíquica, nunha idade na que se está a forxar a personalidade.
RECICAMOS Este ano continuamos co noso proxecto de reciclaxe “Recicamos”. Mirade tódalas cousas bonitas que fixemos.
CO CARTÓN:
Cestas para os
(Familia de África e Dani).
Os nenos e nenas de infantil fixeron para agasallar as familias:
(Familia de Pablo e Luis).
Despois de ler o conto “Este sapo no es de trapo”, os nenos/as de 3 anos fixeron este fermoso
CO PLÁSTICO:
(Familia de Gorka).
(Familia de Olivia).
De fotos con tapóns (Familia de Noha).
CO VIDRIO:
Un de cores (Familia de Luis e Pablo).
CAMOSEIRO Este ano convertémonos en cociñeiros/as, e preparamos unha morea de pratos, ¡ñam,ñam!
Para o día dos namorados fixemos
de corazón.
(Familia de Laura e Iván).
(Familia de Sara e Sheila).
(Familia de Gorka).
(Familia de César, Gabriela e Adriana).
Os nenos e nenas de 5ºe 6º fixeron esta deliciosa marmelada.
Este Día do Libro, recibimos avisita de Don Alonso Quijano, de Sancho ede Dulcinea que nos explicaron: a historia de “Don Quijote de la Mancha” (axudándose de vídeos axeitados áidade dos rapaces), así como a orixe desta data do Día Mundial do Libro.
O 23 de abril de 1616, falecían Cervantes e Shakespeare (dous dos escritores máis famosos da literatura universal). Nesta data, tamén naceron ou morreron outros escritoresimportantes, por iso a UNESCO escolleu este día, para renderunha homenaxe mundial ao libro e ós seus autores, así como alentara todos -en particular aos máis novos- a descubrir o pracer dalectura e a valorar a inestimablecontribución dos creadores e creadoras ao progreso social e cultural. Ao través de videose de cancións destacamos aimportanciae o valor dos libros:
Un libro aberto é un corazón que fala; pechado, un amigo que agarda; esquecido, unha alma que perdoa; destruído, un corazón que chora…
A lectura danos ás para viaxar, para coñeceroutros mundos… Pola lectura, sabemos que haioutras vidas, unímonos a outras persoas, facemos cadeas de esperanza, procuramos mundos no mundo das palabras…
Escoitamos e bailamos a canción de Paco Nogueiras: ¿Que pasa…? ¿Que ocorre…? ¿Que pasa…? ¿Que…? Na miña biblioteca algo se move… ¿O que…? Abre as mans, poderás ver, un novo mundo aparecer, o momento de voar, só con comezar a ler… Que sinxelo pode ser, un momento nada máis, un tesouro de papel, con historias sen parar… ¡Nun libro…! ¡Nun libro…! Personaxes de ficción e vin cousas sen parar e lugares nos que nunca vas a estar… ¡Nun libro…! ¡Nun libro…! Proxectamos un vídeo recollendo as actividades efectuadas na Biblioteca ao longo do curso (formación de usuarios, actividades de dinamización…).
Proxectamos tamén as recomendacións de libros efectuadas polas familias que participaron na iniciativa iniciativa promovida -en días anteriores- polo centro, invitando aos nenos a visitar librerías e bibliotecas para que puidesen elexir libros que lles gustasen moito paramercalos o colexio -se así se consideraba convinte-.
Ao través da película “A historia interminable” -de Michel Ende- reflexionamos sobre o feitode que facéndonos bos lectores, podemos disfrutar de todo un mundo de fantasía como lleocorreua Bastián (un neno de once anos que descubre nunha antiga librería un libro máxicoque lle permite vivir apaixoantes aventuras, co obxectivo de salvar o mundo da fantasía).
Ademais, aproveitamos para dar o “pistoletazo de saída” de preparación do Día das Letras Galegas arredor da figura de Manuel María (explicando a biografía do autor preparada polo Equipo de Biblioteca).
“WHERE THE WILD THINGS ARE” Con motivo da celebración do día do libro, o 23 de abril, algún nenos dos cursos de 3º, 5º, e 6º, e coa axuda da profesora de inglés, fixeron para os nenos doutros cursos unha sesión de contacontos. Leron e dramatizaron o tan famoso conto: ”Onde viven os monstruos”, na versión inglesa: ”Where the wild things are”; deste xeito este día celebrase noutras liguas ademáis da nosa.
I ´m Max, a wild thing!! If you move, I´ll eat you!!
A aparición dun horto escolar no Centro prendeu nos nenos e nenas un interese e unha curiosidade polas plantas, seus coidados, a orixe dalgunhas verduras, froitas e hortalizas que consumen a cotío,... O disfrute polas tarefas e labores no propio horto así como as actividades e pasatempos de distintas áreas de coñecemento que demandaron ao longo do curso pasado, unido ó lema desta nova edición, número XIX do Programa Voz Natura “Coida a vida.Protexe os nosos ecosistemas”, provocou que no Centro se propuxera como Proxecto Anual este curso Deste xeito traballamos o respecto, coidado e amor polo medio ambiente todo o Centro cun obxectivo común: Agradecerlle á Terra todo o que nos da a pesares do mal que moitas veces lle facemos.
QUE FIXEMOS este curso ?
Ata Nadal Recollemos as acelgas e as cidras do noso horto Fixemos a presentación do Proxecto Anual do Centro e fíxose o reparto de traballos para cada aula. Participamos nun Concurso en Samaín coas cidras recollidas A raíña do Samaín Ed. Infantil Tivemos que votar a cabaza máis bonita Que cabaza pesa máis? Ed. Primaria En equipo tiñamos que calcular o peso de cada cabaza; soamente colléndoa.
O curso gañador foi 3º. O premio: Escachar a cidra, facer cabelo de anxo e elaborar unha rica empanada.
Ata Semana Santa Plantamos unha Oliveira para celebrar o Día da Paz. Por que una Oliveira? A Oliveira
representa a paz e a
plenitude en numerosas culturas. Para os hebreos o seu aceite era símbolo de prosperidade,bendición divina e alegría. Os gregos a consideraban unha árbore sagrada e máxica.Así a cidade de Atenas estaba completamente decorada con xardíns onde a Oliveira era a árbore principal e ninguén podía cortala nin ferila sen sufrir pena de desterro. Para os cristiáns tamén ten moita importancia: As antigas escrituras recollen que unha Oliveira creceu na tumba de Adán e que cando Noé soltou unha pomba tras o Diluvio Universal esta volveu á arca cunha pola de Oliveira no peteiro, que simbolizou o rexurdir do novo mundo e a reconciliación do home con Deus.
Limpamos e saneamos o horto. Fixemos unha planificación dos
cultivos. A limpeza e saneamento fixérona “nais voluntarias”. “Roteiro sementeiro”. Proceso e seguimento da xerminación I. Cada neno/a de cada aula plantou algunha “pepiña” e os demais fixemos un roteiro para comprobar os distintos procesos de xerminación de cada froito.
Infantil plantou legumes
Saída ao Monte Aloia. Queríamos que os/as nenos/as
coñeceran un bosque
autóctono, o noso ecosistema; e que mellor xeito de facelo que visitando o 1º Parque Natural,declarado de Galicia.
Nesta visita puidemos gozar dunha charla sobre a flora e a fauna do Parque, xogamos identificando sons da natureza, vimos un vídeo dos Parques naturais cos que contamos en Galicia e realizamos 2 rutas para coñecer un pouquiño os encantos do Monte Aloia. Infantil fixo a ruta botánica e Primaria realizou a ruta do Rego de Pedra. Pero sobre todo gozamos dunha xornada de convivencia todo o Centro nun marco incomparable.
Ata Fin de Curso Arte con legumes. No ano Internacional das Legumes convidamos ás familias a realizar algunha manualidade cos seus fillos/as empregando legumes. A resposta das familias foi incrible; pola ampla participación e pola gran creatividade amosada nas manualidades, que son auténticas obras de arte. “Roteiro sementeiro”Seguimento da xerminación II.Observamos os cambios producidos durante a xerminación das sementes plantadas. Os diferentes ritmos de crecemento, a diferenza entre as plantas que están nacendo,… Concurso Calendario Agrícola. A partires dunha lámina do calendario agrícola do século XI de San Isidoro de León ,no que se reflicten diferentes actividades desenvolvidas no campo cada mes do ano; todas as aulas de Primaria - dun xeito cooperativo - tiñan que adiviñar que tarefa se realizaba en cada mes do ano,facendo unha descrición do debuxo de cada mes. O curso gañador foi 4º O premio: Pac individual para plantar na casa
A novidade este curso foi a creación “oficial” dun equipo de Familias Voz Natura.Coa súa axuda Plantamos leitugas, tomates cherris, acelgas, espinacas, remolachas, pementos de Padrón, cabacíns e amorodos silvestres.
Plantamos unha nespereira,agasallo dunha nai do Equipo.
Tamén fixemos soportes para os tomates con canas cortadas por pais do colexio.
Cremos que os nosos nenos e nenas están cada vez máis comprometidos co seu contorno e co coidado do mesmo, e este é un dos obxectivos principais do Equipo Voz Natura do Centro. Coordinadora Voz Natura
AS TICS NA AULA DE 3º Nesta página imovos mostrar un resumo do curso relacionado coas tics: Vídeos de traballos: contando chistes, facendo experimentos, recomendando libros, facendo magdalenas, saídas.... Sobre o proxecto do centro ( a contaminación dos ríos e mares) e as obras de teatro: “El arbolito sin hojas” e a “Clase de Tócame Roque). Tamén vídeos das diferentes asignaturas e valores agrupados en “Symbaloos”. Espacios fixos de comprensión lectora e problemas interactivos, taller de escritura e debuxos feitos en “Tux Paint” , entradas con actividades, variando segundo os temas que se estean a dar nese momento na clase, enlaces aos libros dixitais, dicionarios e a “Edmodo”, unha plataforma educativa, tecnolóxica e interactiva que permite a comunicación entre a profesora e os alumnos nun entorno cerrado, no que se poden intercambiar mensaxes, arquivos, actividades, enlaces interesantes e traballos con total seguridade.
Se queres ver máis acerca do noso traballo, podes acceder ao blogue “Camosiñatic 3º” que se atopa na Web do Cole. Escribe no navegador C. E. I. P. da Cruz Camos ou a dirección de internet: www.edu.xunta.es/centros/cepdacruz
Laura, 4º
MONTAMOS EN BICICLETA
Antía V. 4º
Ao principio estaba moi nerviosa porque non sabía andar moi ben na bicicleta. Despois funme acostumando, e xa non tiña nervios. E, por último, xa non quería baixar da bicicleta! Dana, 4º
O primeiro día da práctica de bicicletas estaba un pouco nerviosa co circuíto. Fun probando, e despois de dar unhas voltas, xa non o estaba, atopábame ben e segura do que estaba a facer. O que máis me gustou foi ver a cara dos meus compañeiros, foi unha experiencia moi boa e non me importaría volvela probar. Antía Fernández,4º
Nico, 4º
Rebe, 4º
Ao principio, non tiña interese ningún, pero co paso dos días funme decatando que era moi divertido andar en bici e ademais é moi san porque fas exercicio. Aprendín a andar en bici grazas a Iván, Fabiola e sobre todo Lourdes que me fixo descubrir que andar en bici é moi divertido , especialmente cando estás con amigos. Nicolás (4º).
Manuel María Fernández Teixeiro nace, o 6 de outubro de 1929, na Casa de Hortas en Outeiro de Rei (comarca da Terra Chá, provincia de Lugo.) O poeta dicía da súa comarca: Eu amo a Terra Chá sempre tan miña. Eu amo a Terra Chá tal como é… A Terra Chá somentes é un pobo aquí e outro acolá, mil arbres, monte raso un ceo chumbo e tráxico o resto é soedá… Ollada a Terra Chá dende as alturas é semellante a un mar en calma. Prá medila só valen dúas mensuras: ¡ferrados de corazón, fanegas de alma…!
Manuel María tivo unha infancia feliz, no seo dunha familia de labregos acomodados.
Toda a miña xente de labregos foi xunguidos a terra con xugo de boi. Meu pai é labrego, labrego naceu, e labra nos eidos traballando a treu. Meu pai e labrego, labrego naceu, meu pai é labrego sen terra de seu. Meu pai é labrego, labreguiño eu son; pasaréi a vida xunguido ó terrón.
O carro era un elemento esencial para traer herba para o gando ou a colleita para casa… (os de 2º interpretaron o poema “O Carro” -musicado por Fuxan os Ventos-). Non canta na Chá ninguén… por iso meu carro canta…
A señora Vaca traballa sen tasa mantén a súa cría, dá leite prá casa A señora Vaca non dá descansado tira polo carro e arrastra o arado…
O espazo familiar vai nutrir o seu mundo de paisaxes case máxicas.
A infancia é a miña patria verdadeira. O meu paraíso perdido. Lembro a pureza dos meus soños. O pasmo que me causaban as estrelas. As paisaxes que quedaron nos meus ollos. Os contos do avó. A doce voz de miña nai. As verbas de meu pai. Os xogos compartidos cos irmaos. E tantas cousas fondas que forman parte inseparábel de min mesmo…
Aos anos de ledicia e xogo, seguirá a primeira experiencia dolorosa: na escola de Outeiro de Rei, o mestre falaba castelán (único idioma de ensino da escola franquista).
O idioma é a chave
O idioma é o tempo
coa que abrimos o mundo: o salouco máis feble, o pesar máis profundo…
e a voz dos avós e ese breve ronsel que deixaremos nós.
O idioma é a patria, a esencia máis nosa, a creación común meirande e poderosa
Tras a morte do pai, vivirá en Lugo cun tío crego -Xosé Fernández Núñez-, quen se encargará de costear os seus estudos (cursando Bacharelato no Instituto de Lugo e nos Maristas de Santiago; finalmente, estudará dereito na Universidade de Compostela).
Renunciar ao idioma e ser mudo e morrer ¡Precisamos a lingua se queremos vencer!
Manuel María entrou en contacto coa literatura galega grazas: ás lecturas do mestre da escola de Rábade; a un exemplar de “Cantares Gallegos” que tiña seu pai na casa; e aos libros da biblioteca do seu tío Xosé... Os momentos de “tertulias de café” compartidos coa intelectualidade da época, farán que o poeta entre en contacto co galeguismo e que escolla a literatura -e xa será para sempre- como vehículo de transformación social. Manuel María escribe nunha carta ao seu amigo Luis Pimentel: Querido Luis Pimentel: Lémbrote sempre, sempre… ¿Non te lembras de nós, dos teus vellos amigos: Fole, Ánxel Johán, Carballo, Piñeiro, Novoneira…? ¿Non te lembras de tantas horas pasadas no café, das conversas longas, dos proxectos fallidos, das cousas miúdas, cotidianas, sinxelas e amorosas? ¿Onde vivirá agora tanto soño se é que vive...?
En 1950 publica “Muiñeiro de Brétemas” (primeiro poemario escrito Guerra Civil) inaugurando así a denominada “Escola da Tebra” (unha formada por escritores e escritoras que, nacidos entre os anos 1930 e crueis consecuencias dunha interminábel posguerra -escritores cun dominado pola anguria e mailo pesimismo-).
en galego tras a corrente poética 1940, sufriron as discurso político
En 1959 casa con Saleta García Goi (compañeira de proxectos e batallas que terá unha constante presenza na súa obra -dedicándolle fermosísimos poemas-). Manuel María e Saleta establecerán as súa residencia en Monforte onde promoverán a Editorial e a Librería Xistral ( que será un centro de dinamización cultural da vila).
E un día, de súpeto, sen saber cómo nin por qué, naceu en nós a marabilla purísima, única e sorprendente do amor: irresistíbel luz que nos cegou; estrela que nos guía e nos aluma… …Non teño outro desexo, mais querer, que vivir, miña amiga, perto de ti e, ao teu lado, soñar e envellecer…
Tras xubilarse, o matrimonio trasladará a súa residencia á cidade da Coruña onde o poeta pasará os últimos anos, falecendo o 8 de setembro de 2004. Manuel María escribiu máis de cincuenta libros de poesía, algunhas pezas teatrais, ensaios, artigos nos xornais…
Teño un teatro xeitoso. ¡Máis xeitoso non o hai! Teño un teatro pequeno agasallo do meu pai. É un teatro sinxelo un teatriño moi bon e tan práctico que cabe no máis pequeno rincón. Teño bonecos de goma, de cartón e de papel ¡Chámanse Barriga Verde, Bulubú e Tía Sabel…!
Manuel María foi un poeta profudamente comprometido con Galicia e as súas xentes. Na primeira posguerra, o rapaz de Outeiro de Rei decidiu reivindicar cos vimbios das emocións máis fondas unha realidade que a ditatura constantemente negaba: Galiza. Galicia docemente está ollando o mar: ten vales e montañas e terras pra labrar! Ten portos, mariñeiros, cidades e labregos cargados de traballos, cargados de trafegos! Galicia é unha nai velliña, soñadora: na voz da gaita rise, na voz da gaita chora! Galicia é o que vemos: a terra, o mar, o vento… Pero hai outra Galicia que vai no sentimento! Galicia somos nós: a xente e mais a fala. Se buscas a Galicia en ti tes que atopala!
Manuel María reivindicará a identidade do pobo galego -coa defensa a ultranza da súa lingua e a súa cultura-. Militará activamente no nacionalismo galego, nun contexto de ditadura que reprimía cruelmente os sentimentos nacionalistas.
Manuel María sentía tamén o deber de coñecer e divulgar a nosa historia como elemento que nos identifica como pobo: “Dende a orixe do tempo, lembro a historia dos meus que sucumbiron ao ferro dos conqueridores, ás razós dos poderosos, á avaricia dos máis fortes… A historia do meu país, as dores da miña matria, os días do meu pobo son un suma e sigue, unha conta aberta e non saldada…”
Manuel María, nas súas horas de soedade, lembra a súa lonxana infancia campesiña… Destas lembranzas, foron nacendo os versos de “Soños na gaiola” (inaugurando así a poesía para nenos na literatura galega).
“… De vagar atopou unha terra chamada Galicia -que pululaba por lle saír do peito- tan grande, tan grande, coma o universo… e onde cabía de todo: o sol, a lúa, un arco da vella, un gato señorón, un foguete que estoura o día de festa… Manuel abriu a porta da gaiola e os soños voaron ceivos…”
Señor gato: atención. nun rincón hai un burato; no burato está o rato caladiño, acochadiño, sen falar nin respirar…
Ten as unllas qfiadas, cravuñadas preparadas: bule axiña que senon señor gato bigotón do burato foxe o rato…
Caracol, col, col, caracol caracoleiro… (bis) caracol Bota os teus¡Caracol, cornos aocol, sol,col, xa que eres caracoleiro…! tan frioleiro…
Os de Infantil de 3 a 4 anos, prepararon vídeos recitando: “O arco da vella”
“O sol”
Camilo Gómez Torres, di do poeta: “Hai homes que viven unha vida. Algúns, viven moitas vidas. O noso poeta pertence ao segundo grupo: o home, o poeta, o narrador, o dramaturgo, o xornalista, o mestre, o divulgador cultural, o político, o procurador de tribunais, o editor, o cidadán, o incansábel peregrino dos camiños da Galiza e o mundo… son un a un e todos xuntos MANUEL MARÍA…” Marica Campo dedícalle o poema: “E este quere quedarse na paisaxe”: Na Terra Chá medida con corazón e alma, Manuel María, Chaira. Na saiba dos carballos, na floración do viño, Manuel María, Río. No Miño e no Cepelo, parellas na lembranza, Manuel María, Auga. (…) Na palabra de pedra, na de mel e na de alba, Manuel María, Fala. Na memoria de nós, da Patria no camiño, Manuel María, Fito. No amor de Saleta, paixón que non acaba, Manuel María,Chama. Na amizade fecunda, no sentimento limpo, Manuel María, Amigo.
Despois da biografía e obra de Manuel María, representamos varias obras de teatro:
Finalizamos a celebración do Día das Letras Galegas cantando e bailando “Ao compás dunha muiñeira” de Pimpinela.
Susana Lamela Pérez naceu en Ponteareas en 1975. Estudou Maxisterio e Psicopedagoxía en Santiago de Compostela. Comezou a súa andaina profesional como editora de libros de texto. Na actualidade dedícase ás tres cousas que máis lle gustan: ensinar aos nenos , escribir e coñecer novos lugares. Os dous libros que ten publicados son Soños de andel e Andeis baleiros da editorial ALA DELTA. O día 30 de maio visitou a nosa escola e representamos para ela a obra de teatro que prepararon as nenas que foron os martes no recreo á biblioteca.
A Susana gustoulle moito e ao finalizar fixémoslle moitas preguntas. Algunhas delas foron: - Neno/a: Cal foi a tua inspiración para escribir os teus libros? - Susana: Gústanme moito os libros e gústanme esas persoas que swe gustan a elas mesmas como son. Que pasaría se Ani perdera algunha folla? Sería bo? Perderiamos unha parte interesante da historia… - Neno/a: Cal è o libro que mais che gusta? - Susana: E o libro soños de andel por ser o primeiro que escribín. - Neno/a: É doado escribir un libro? - Susana: Non e doado nin difícil, a idea está na imaxinación que teñas. - Neno/a: Como aprediches a ser escritora ? - Susana: Lendo moitos libros - Nano/a: Cando escribiches os libros? - Susana: Andeis baleiros fai 4 anos e Soños de Andeis con 20 anos. - Neno/a: Como é a vida dun escritor? - Susana: E como a dunha persoa normal poro ten que escribir moito. - Neno/a: Coñeces a algún outro escritor? - Susana: Sí, a varios. - Neno/a: Como se che ocorreu inventar a Ani? - Para distingir a Ani puñanlle un sombreiro de cor vermella - Neno/a: como coñeciches a ilustradora? - Susana: traballabamos xuntas, guntabánme moito os seus debuxos e por iso a elexín.
TEXTO: ALUMNOS/AS DE 5º PRIMARIA: MARTA BRAO, ANXO FERREIRA, HUGO FIGUEROA, AITANA JUSTE, LUCÍA JUSTE, LUCÍA MÉNDEZ E RAÚL SÁNCHEZ.
TEXTO: MARTA BRAO, LUCÍA JUSTE Y HUGO FIGUEROA. FOTOGRAFÍAS: AITANA JUSTE.
Lucía L, 4º
Antía V., 4º
O valor educativo dos xogos tradicionais fan que un ano máis tratemos de dar a coñecer este legado cultural. Sara, 4º
Sara, 4º
Tanto no colexio, -nas clases de Ef e nos patios do recreo- coma fóra del, coa asistencia a unha xornada de convivencia con outros colexios da comarca do Val Miñor; facilítase o coñecemento e práctica dos mesmos, dando un valor especial ao tempo de lecer.
Rebe, 4º
Sara, 4º Nico, 4º
Fabi, 4º
Hoxe, en Gondomar, xogamos toda a mañá aos xogos tradicionais. Había uns xogos que eran moi Sara, 4º difíciles, pero se practicas todo sae. O que máis me gustou foi a rá porque conseguín 30 puntos. Tamén me gustou a comba, os zancos, os trompos, a bombilla, o pano e as canicas. Paseino moi ben porque había moitos amigos/as do meu anterior cole e tamén estaba o meu curmá. Nico, 03/06/2016
Con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente -5 de xuño-, celebramos un acto recollendo os diferentes aspectos traballados ao longo do ano en relación o proxecto
A TERRA COÍDANOS, COIDEMOS A TERRA NENA: ¿Por que choras, amiga Terra?
¡Buaaaa…!
TERRA: Choro porque estou moi triste e angustiada. NENA: ¿E por que estás tan triste? TERRA: Pois porque teño moitos problemas. NENA: Xa, claro… pero é que problemas temos todos. TERRA: Si, pero e que os meus problemas son moi graves… ¡gravísimos! NENA: ¿E cales son eses problemas que tanto te preocupan? TERRA: Pois, por exemplo: o quecemento global do planeta. NENA: ¿E que é iso do “quecemento global” se se pode saber…? TERRA: Pois veredes… Xa sabedes que estou rodeada por unha capa de aire chamada “atmosfera”… NENA: Si, xa temos oído falar dela. TERRA: Pois a atmosfera -a través dos gases que contén- actúa como un invernadoiro, retendo parte da calor procedente do sol e permitindo a existencia de vida no planeta. NENA: Entón eses gases que contén a atmosfera e producen ese efecto invernadoiro son bos para ti… ¿non? TERRA: Si; pero o malo é que as actividades humanas producen emisións de gases (como o dióxido de carbono ou o metano) que incrementan o efecto invernadoiro, aumentando -progresivamente- a temperatura da Terra. NENA: ¿E como se producen esas emisións? TERRA: Pois a través dos coches, das calefaccións das casas, das fábricas, dos incendios forestais… NENA: ¿E que consecuencias trae o aumento da temperatura do planeta? TERRA: ¡Pois consecuencias moi graves! NENA: ¿Como por exemplo?
TERRA: Pois veredes:
Hai unha maior frecuencia de tempestades, tifóns, tornados, furacáns… Hai lugares nos que chove torrencialmente producíndose terribles inundacións e outros que se desertizan producindo fame e miseria. Estanse derretendo os casquetes polares, o que provoca un incremento do nivel do mar. Estanse destruíndo os ecosistemas. Estase perdendo a biodiversidade do planeta.
NENA: ¿A bio que…? TERRA: A biodiversidade. É dicir, a gran variedade de formas de vida que hai na Terra. NENA: Si, a verdade é que eu coñezo moitos animais e moitas plantas… TERRA: Claro é que na Terra existen millóns de animais e de plantas diferentes; pero agora, moitos deles, están a piques de desaparecer… ¡E iso, en parte, é por culpa vosa…! NENA: ¿Nosa? TERRA: Si, vosa… Os seres humanos coas vosas formas de vida e co voso afán por consumir e consumir… facédelles moito dano á natureza…
Contaminades os ríos e os mares… Enchedes todo de lixo e polución… Talades e arrasades os bosques… Pescades e cazades indiscriminadamente… Usades insecticidas e pesticidas que matan moitos insectos como as abellas -que son tan importantes para a polinización das plantas…-
NENA: A verdade é que levas razón; tes motivos para estar preocupada… TERRA: ¿E nós, ainda que somos pequenas, que podemos facer para axudarte? NENA: Pois podedes…
Consumir menos. Evitar producir tanto lixo (reducindo, reciclando e reutilizando). Reducir o consumo de auga e de enerxía…
TERRA: Pois ten por seguro que faremos todo o que estea nas nosas mans para axudarte. NENA: Moitas grazas amiguiñas; despois de falar con vós, síntome algo mellor. Estou segura de que algún día a humanidade decatarase do importante que é coidar do medioambiente e preservar a biodiversidade para lograr un futuro mellor… TERRA E NENA: ¡Seguro que si!
Este diálogo entre una nena e a TERRA recórdanos os problemas que ten o noso planeta e aquelas actitudes que nós podemos ter no noso día a día para que melloren. ÁNIMO, paga a pena intentalo!
F
O martes 6 de xuño fomos ao monte con Lourdes a mirar o estado en que estaba. Vimos lixo como por exemplo: un forno, un colchón, latas de refrescos, bolsas do Macdonals … Gustaríanos que o monte non estivera cheo de lixo porque contamina as árbores, plantas, animais e o mais importante, a atmosfera. Gustarianos que a xente axudara a limpar todo o monte, a coidalo, a non talar arbores e a non provocar incendios.
Se cada un de nós non mancha axudariamos a que non houbese lixo nos montes, nas praias, nos parques. AITANA JUSTE Y LUCÍA MÉNDEZ (5º)
(Fotos realizadas polos alumnos de 1º de Primaria no monte cercano ao colexio)
Prezada Luján: Nestes momentos, no que acaba un ciclo da túa vida, dámoste as grazas por ser a cabeza visíbel deste equipo, durante tantos anos. Ti, que coa túa capacidade de traballo, a túa capacidade de diálogo, a túa paciencia, responsabilidade, creatividade e bo facer, conseguiches tantas cousas para o cole. Quen nos ía dicir que íamos pasar de 100 alumnos, algún día? Hai anos, ti criches na unión da escola de Educación Infantil Marín-Camos e o colexio de Primaria. E… aquí está o resultado. Fixeches do Centro un colexio bonito; porque o colexio cambiou e mellorou contigo e aí están de testemuñas o patio cuberto (antes sen teito), o ximnasio e o salón de actos (agora con tarima flotante), o falso teito de todo o cole, a biblioteca,… ata as paredes, os corredores e as zonas comúns reflicten o interese e a preocupación que tiveches nestes doce anos polo Centro do que eras responsable. Ata pintaches cos nenos e nenas o muro do patio de Primaria. Loitaches ante as distintas administracións locais (Concello), provinciais (Delegación, Inspección, Xefatura Territorial) e autonómicas (Consellería) para que os alumnos e alumnas de Camos tiveran os mesmos dereitos que o resto de nenos e nenas de Nigrán; quedando moitas veces sen folgos. Xestionaches o comedor para que os alumnos transportados puidesen facer uso deste servizo e fixeches cábalas para que aqueles nenos e nenas que o necesitaban puidesen empregalo. Pero aí estiveches, durante estes 12 anos o pé de pista. Vixiando coma un faro para que todo funcionase axeitadamente, involucrándote en todo canto te propuxemos, fora o que fora e sempre cun sorriso, escoitando a todo aquel que o precisara nenos/as, compañeiros e familias, xestionando proxectos e programas que nos fixeran crecer coma Centro (Sección Bilingüe, Plan Proxecta, PLAMBE, Programa VOZ NATURA), buscando axudas/becas para os alumnos/as e familias que o necesitasen e sempre pensando no benestar da Comunidade educativa. Grazas.
Grazas por non ser unha directora de despacho e ser ante todo unha mestra máis, preocupada por cada neno e nena, por cada compañeiro e compañeira; gozando das nosas vivencias diarias, bailando, cantando, xogando,… Admiramos a túa valía profesional pero sobre todo a túa calidade humana. Non perdas ese brillo nos ollos, non perdas esa ilusión e ganas de facer, non perdas esa proximidade, esa capacidade de superarse día a día, esa destreza de dar folgos e forza cando se necesita. Non deixes de ser como es, un pilar, un referente, alguén que sempre está aí para TODO e para TODOS. Grazas por facer do noso Claustro unha familia e do CEIP da Cruz Camos un lugar onde aprender e enriquecerse todos xuntos.
As túas compañeiras/o do Claustro.