Calendario de STEs-intersindical "Tempo de mulleres 2015" Galicia

Page 1














ACTIVIDADES PROPOSTAS A incorporación da muller ao mundo laboral, a súa presenza en case todas as profesións, é unha realidade: temos o exemplo destas mulleres no xornalismo. Sabemos que o camiño andado foi importante, pero non se debe esquecer que seguen existindo prexuizos e estereotipos sexuais cara ás mulleres en determinadas profesións consideradas históricamente como masculinas. Esta actividade pretende que o alumnado reflexione sobre as desigualdades de xénero que se poden observar en distintos ámbitos e sobre as limitacións que seguen presentes para as mulleres na sociedade actual. Do mesmo xeito pretendemos visibilizar a contribución das mulleres como creadoras de opinión.

Xaneiro. Pioneiras

Febreiro. Xornalistas da transición

Obxectivos:

Por que coidas que representou un novo tipo de xornalista? Sobre que temas escribían ata entón as mulleres? Había moitas mulleres que fosen á Universidade? Por que cres que era así? Por que é considerada Carabias unha verdadeira xornalista? Que é o que máis che gustou de Josefina Carabias?

- Identificar as achegas destas tres mulleres xornalistas. - Investigar a traxectoria destas mulleres dentro do seu contexto histórico.

Metodoloxía:

A metodoloxía asentará esencialmente na propia actividade do alumnado e será marcadamente participativa, para que, partindo das ideas ou coñecementos previos, se potencie a autonomía do alumnado no proceso de aprendizaxe.

Recursos:

- Internet para buscar información:

• http://www.rtve.es/alacarta/videos/imprescindibles/imprescindibles-nosotras-contamos-josefina-carabias/2434508/. • http://www.rtve.es/alacarta/videos/mujeres-en-la-historia/mujeres-historia-carmen-burgos-colombine/841220/ • http://fondosdigitales.us.es/media/books/1464/1464_358387_0.jpeg

- Microsoft Publisher. - Fotos das xornalistas.

INFANTIL

Na asemblea de inicio do día, a mestra ou mestre pregunta ao alumnado se sabe que é unha xornalista, a que se dedica, onde traballa e se coñece algunha en particular. Pódese ler o conto “Laura quiere ser periodista” ou o conto “El hombrecillo de papel”. En ambos casos, adaptados. Preséntase a foto das primeiras mulleres xornalistas (Aculodi, Carabias e Carmen de Burgos). Recortar as letras dos seus nomes (Francisca, Josefina, Carmen) e facer 3 cartaces coa súa foto e co seu nome de letras recortadas. Xogar a ser xornalistas: un/ha alumno/a fai preguntas a outro/a cun micrófono (Como te chamas? Cantos anos tes? A que colexio vas? Que che gustaría ser de maior? A que che gusta xogar?..., por exemplo), gravando as respostas. Despois reprodúcense coma se estivesen a facer un programa de radio.

SECUNDARIA

Imos coñecer tres mulleres pioneiras no xornalismo: Francisca de Aculodi, Josefina Carabias e Carmen de Burgos. Para iso ides investigar sobre elas. Debedes procurar datos sobre a época en que escribiron, noticias dos medios en que destacaron, información sobre as dificultades que se atoparon no seu traballo profesional... “Noticias principales y verdaderas” é o primeiro xornal realizado por unha muller, Francisca de Aculodi. Ao longo deste mes ides realizar un xornal no instituto. O primeiro que se fará será ir visitar un xornal local para ver o seu funcionamento. Xa no instituto, o alumnado elaborará un xornal; para iso distribuiranse o traballo entre todos e todas. En primeiro lugar consensuarán quen será o director/a do xornal e logo distribuiranse as distintas responsabilidades: redactor/a, columnista, reporteiro/a... Antes de comezar elixirase un nome para o xornal. Ao longo da semana iranse elaborando as noticias e ao final colgarase o xornal na páxina web do instituto. Para iso pódese utilizar o Microsoft Office Publisher.

BACHARELATO

Actividade. Carmen Burgos (1867 – 1932)

PRIMARIA

Actividade: Josefina Carabias. · Reflexión antes de ver documental:

Que traballos poden facer todos, homes e mulleres? Que é un/unha xornalista? Poden ser as mulleres xornalistas? Quen foron as primeiras mulleres xornalistas?

Ver documental: http://www.rtve.es/alacarta/videos/imprescindibles/ imprescindibles-nosotras-contamos-josefina-carabias/2434508/.

· Preguntas para debater sobre o documental tras visionalo:

Por que din que Josefina Carabias foi pioneira do xornalismo?

1.- Proxectarase o documental de “Mujeres en la historia. Carmen de Burgos (Colombine)”. www.rtve.es | la 2 | Mujeres en la historia. 2.- Darase información sobre o papel da muller na época en que desenvolveu a súa profesión Carmen de Burgos, o primeiro cuartel do século XX. 3.- Pediráselle ao alumnado que reflexione, persoalmente e por escrito, sobre a importancia do papel de Carmen de Burgos para a súa época, tanto na loita pola liberación das mulleres como no seu labor profesional e persoal. 4.- Para finalizar, realizarase un debate no que o alumnado reflexione e opine sobre distintos aspectos que lle serán suscitados con interrogantes como estes: É difícil ir contracorrente? É importante a coherencia entre o persoal e o profesional? Que fai que unha muller poida mellorar as condicións do resto das mulleres da súa época? Sería a mesma a situación das mulleres na actualidade sen mulleres precedentes que loitaron polos seus dereitos? Por que a muller estaba relegada á esfera do privado?

Marzo. Analistas políticas INFANTIL: As noticias da miña clase

Nomes de periodistas

Obxectivos:

Nome do xornal

• Aproximar modelos de personaxes femininas e masculinas na profesión xornalística a través dunha aprendizaxe participativa coas familias.

Metodoloxía:

Director/a Redactores/as Sección política Sección economía

No de mulleres

Obxectivos:

• Reflexionar sobre a arbitrariedade dos repartos de traballos tendo en conta o xénero da persoa. Metodoloxía: imos converternos en xornalistas por uns días. Para iso imos investigar coa axuda da profesora ou profesor as distintas tarefas que se poden realizar nun xornal. Utilizaremos periódicos

El confidencial http://blogs.elconfidencial.com/ EL MUNDO ABC LA RAZÓN PUBLICO.ES ElPeriodico.com http://www.elperiodico.com/es/ El diario.es http://www.eldiario.es/

Farase un xornal de aula entre todos/as, con noticias importantes para eles/as (onte fun andar en bicicleta, hei ter un irmán, hoxe vou comer a casa da avoa...), cada neno/a conta a súa noticia na asemblea e despois debúxaa nun folio ou cuartilla e ponlle un titular, con axuda da mestra ou mestre. Previamente haberá que falarlles aos nenos/as da estrutura dunha noticia.

- Identificar as achegas destas tres mulleres xornalistas. - Investigar a traxectoria destas mulleres e o seu contexto histórico.

Metodoloxía:

A metodoloxía asentará esencialmente na propia actividade do alumnado e será marcadamente participativa, para que, partindo das ideas ou coñecementos previos, se potencie a autonomía do alumnado no proceso de aprendizaxe.

PRIMARIA

Pilar Narvión, Victoria Prego o Soledad Álvarez-Coto son tres das mulleres pioneiras do xornalismo español, que desenvolveron a súa tarefa nunha época, a da Transición, en que o exercicio do xornalismo era case en exclusiva unha actividade masculina. • Actividade 1. Por grupos, elixir a unha das tres xornalistas amentadas, buscando algunha información en internet sobre elas e pensando as preguntas para unha posíbel entrevista que vos gustaría facerlles. • Actividade 2. Investigar entre os vosos pais e nais, avós e avoas, veciños e veciñas maiores que foi a Transición democrática e que xornalistas femininas coñecen/lembran desa época. • Actividade 3. http://www.rtve.es/alacarta/videos/imprescindibles/

Recursos:

- Internet para buscar información:

• http://www.rtve.es/alacarta/videos/imprescindibles/imprescindiblesnosotras-contamos-josefina-carabias/2434508/. • http://www.revistafusion.com/2000/agosto/entrev83.htm

- Microsoft Publisher. - Fotos das xornalistas.

INFANTIL

Na asemblea de inicio, recórdase o da asemblea de Xaneiro e con xornais varios vese se os artigos que hai son de homes ou mulleres. Presentamos as xornalistas de febreiro, importantes durante a Transición (Narvión, Prego e Álvarez). Invitarase unha muller xornalista ou unha estudante de xornalismo da nosa cidade para que o alumnado lle poida preguntar cousas. Presentamos fotos de mulleres xornalistas en prensa, radio e televisión. Podemos contar agora o conto que non usamos en xaneiro. En casa os nenos e nenas terán que ver o Telediario e fixarse en se os presentadores son homes, mulleres ou ambos.

imprescindibles-nosotras-contamos-josefina-carabias/2434508/.

SECUNDARIA

Imos ler unha entrevista que lle fixeron a Vitoria Prego sobre a Transición. A partir desa lectura, estabeleceremos un diálogo entre o alumnado sobre o que se di na entrevista e a situación actual: se cambiou, en que cambiou... Buscaremos información sobre os xornalistas que se citan na propia entrevista. http://www.revistafusion.com/2000/agosto/entrev83.htm.

BACHARELATO:

Actividade: 1.- @s alumn@s buscan en Internet información profesional e persoal sobre Pilar Narvión (1922-2013), Vitoria Prego e Soidade Álvarez Coto. 2.- Ofreceráselle información do papel que as mulleres tiñan na sociedade durante o franquismo e o que empezaron a ter ao comezo da democracia. 3.- Logo dunha reflexión individual, e por escrito, sobre a contribución destas tres mulleres a esta nova sociedade, suscitarase un debate sobre algúns interrogantes: É posible que ideoloxías diferentes contribúan por igual a unha sociedade democrática en construción? Por que é tan importante que as mulleres participen na vida social? Unha sociedade plural pode prescindir da opinión e participación das mulleres? Por que non foi fácil para estas mulleres abrirse camiño nun mundo de homes?

Abril. Coetáneas No de homes

SECUNDARIA: Así é e así volo contamos

A crónica política foi un espazo tratado tradicionalmente por homes; non obstante, na actualidade cada vez hai máis mulleres que asumen e amosan o seu interese e a súa competencia neste ámbito.

Obxectivos:

Imos converternos en xornalistas por Sección sociedade • Visibilizar mulleres como modelos da prouns días. Para iso imos pedir a colaboración Sección internacional fesión xornalística como referencia. do profesorado e da familia. Por iso imos Sección deportes - Reflexionar sobre os estereotipos de xénero dentro da profesión xornalística. traballar en distintas fases: Sección actualidade Fase 1. En asemblea, a profesora ou profesor explicará que é un xornal, para Sección opinión Metodoloxía: en grupo mixto de 2 persoas, que serve, as distintas tarefas ou trabuscade datos sobre a vida e o traballo desballos que se realizan e as seccións que que nos sirvan de guía para ver as seccións tas tres xornalistas e realizade un sinxelo e traballos. existen nun xornal. Elaboraremos un cadro con distintos xor- Power Point que despois expoñeredes a Fase 2. Preguntaredes en casa que vos compañeiras e compañeiros de clase. Podeamosen mulleres e homes xornalistas nais (táboa 1). rase sumar como proposta de actividades da tele, a radio ou un xornal e que vos extraescolares para a semana cultural. busquen imaxes destas persoas, que imprimiredes. Deberán traballarse o mesmo número de mulleres e homes xornalistas. BACHARELATO. Fase 3. Individualmente debuxaredes nun Actividade: “Á LUZ DOS DATOS” folio a noticia da semana que máis imObxectivos: portante vos pareceu na vosa aula, co• Reflexionar sobre a persistencia de esmedor ou patio. No debuxo tereotipos de xénero no ámbito aparecerán os personaxes e o Xornal Fins de semana laboral xornalístico e os cambios que sucedeu. Muller Home Muller Home producidos ao longo do tempo. Fase final. Tras dúas semanas • Análise das causas do manreuniredes todas as noticias- TV1 temento de brechas laborais na debuxo e con elas formaredes actualidade entre mulleres e un xornal de infantil. Ao final TV2 homes. aparecerán as imaxes das e ANTENA 3 dos xornalistas que a vosa faMetodoloxía: milia vos amosou neste tem- TELE5 po e marcaredes a quen vos LA SEXTA 1. De xeito individual farase gustaría parecervos no futuro unha sinxela investigación sobre se fósedes xornalistas. CUATRO as distintas cadeas de televisión Este material encadernarase e e polo menos sobre 3 xornais e Canle de TV local, rexional ou entregarase ao alumnado para buscarase quen se ocupa da inautonómico que o vexa de xeito rotativo formación política neles (táboa Xornal local, rexional ou autonómico xunto á súa familia. 2). EL PAIS 2. Le o seguinte artigo:

PRIMARIA: Tras a crónica

Obxectivos:

www.apmadrid.es/noticias/generales/ carmen-del-riego-el-periodismo-esaun-una-profesion-dominada-porhombres?Itemid=209

3. Responde á luz dos datos extraídos da táboa realizada e do artigo lido. Corresponden os datos extraídos coa súa presenza nos medios que investigaches? A que cres que se debe a diferenza?

INFANTIL: Quen é ela?

Obxectivos: desenvolver a capacidade artística e a lecto-escritora para expresar unha noticia a través dunha imaxe e un título relacionados. Espertar o sentido crítico. Romper estereotipos de xénero relacionados co traballo. Materiais: roupas e instrumentos para o disfraz, lapis, cores e papel. Metodoloxía: sealizarase en grupo durante a Asemblea e actuarase individualmente para a realización do debuxo e a elección do titular. Fase 1. O xornalismo en asemblea Introduciremos a actividade presentando na nosa Asemblea unha persoa adulta (nai, pai, profesor/a, xornalista local, etc.) disfrazada de muller xornalista, cos instrumentos ou ferramentas máis típicos do seu traballo (bolígrafo, bloc de notas, cámara de fotos, ordenador, micrófono, etc.); a continuación, suscitaremos a xeito de adiviña qué profesión ten a personaxe. Fase 2. A xornalista contará brevemente o resto da información relevante para que queden claros os conceptos de xornalista e de xornalismo e explicará por que elixiu esa profesión, todo isto sen revelar o seu nome. Pediráselle entón ao alumnado que individualmente ilustre a actividade do día mediante un debuxo, para o que deberá elixir cada quen un titular. Deixarase un espazo en branco no debuxo para poder logo engadir o nome da personaxe.

da nena?. Atendendo á descrición que fixeches de Laura e de Arturo, coidas que Laura ten cualidades para ser redactora xefe?, e Arturo? Que cualidades son esas? Se os dous pais de Laura son xornalistas, quen cres que se ocupará do coidado de Laura e da casa? Coidas que hai pícaras e compañeiras na clase de Laura e no equipo do xornal, ou só está ela? Por que pensas iso? (Aproveitaremos a actividade para facer aclaracións sobre linguaxe non inclusiva de termos como compañeiros, nenos, redactor, xefe...)

SECUNDARIA: Información deportiva realizada por mulleres

Obxectivos: espertar o sentido crítico. Valorar e tomar conciencia da actividade profesional das xornalistas deportivas. Metodoloxía: dividiremos o alumnado en grupos de traballo para que debata as cuestións propostas e despois poña en común as conclusións de todos e cada un dos grupos. • Busca información sobre María Escario. Cal foi a súa actividade profesional máis destacada?; Que outras mulleres realizaron información deportiva? • Le a seguinte entrevista realizada a María Escario: http://www.academiatv.es/entrevista-academiatv-maria-escario/#.VAWItsV_tIZ

- Trala lectura da entrevista, consideras que houbo unha evolución na actitude cara ás xornalistas deportivas? E no tratamento dos logros deportivos das mulleres?

BACHARELATO: Mulleres no mundo deportivo

PRIMARIA: Laura quere ser xornalista

Obxectivos: espertar o sentido crítico. Valorar e tomar conciencia dos logros deportivos das mulleres. Analizar o tratamento das noticias deportivas protagonizadas por mulleres. Metodoloxía: nesta actividade combinarase o traballo individual de procura de noticias co traballo en grupo para a análise das mesmas. • No primeiro traballo de María Escario dixéronlle que se encargase dos “deportes de mulleres”. Imos analizar se mudou algo a mentalidade. Para iso revisaremos a prensa deportiva durante unha semana: - Á vista das noticias publicadas an presa durante esa semana, coidas que se lle dá a mesma importancia ao deporte feminino que ao masculino? - Consideras que se produce unha invisibilidade respecto das competicións deportivas femininas nos noticiarios televisivos e na prensa escrita? - Cando se fala de mulleres deportistas, dáselles igual tratamento que aos homes ou valóranse aspectos distintos nun caso e noutro? - Podemos falar de estereotipos sexistas na información deportiva? Explica por que.

Obxectivos: espertar o sentido crítico, reflexionar sobre as cualidades necesarias para desempeñar unha profesión con independencia do xénero, ofrecer modelos femininos non estereotipados sobre as distintas profesións, introducirse na comprensión da linguaxe non inclusiva, para decatarse de que, aínda que sexa a que se utiliza habitualmente, é confusa e invisibiliza ás mulleres. Metodoloxía: • En asemblea, a profesora ou profesor lerá para toda a clase o conto Laura quere ser xornalista. http://www.educapeques.com/

cuentos-infantiles-cortos/otros-cuentos/cuento-infantil-laura-quiere-serperiodista.html.

• A continuación, abrirase unha rolda de preguntas do alumnado sobre vocábulos que non comprendan no conto, que serán respondidas coas achegas do resto do alumnado ou pola mestra ou mestre. • Suscitaranse toda unha serie de preguntas ao alumnado sobre os personaxes do conto que garantan a plena comprensión deste:

Que profesión teñen a nai e o pai de Laura? Cal é a novidade que aparece no Centro? Que é o que máis quere Laura? Como describirías a Laura, e a Arturo? Que actitude amosa a nai diante do entusiasmo

Máis actividades en http://www.stes.es/mujer.html STES·INTERSINDICAL Organización de Mujeres


ACTIVIDADES PROPOSTAS Maio. Corresponsais INFANTIL

Obxectivos: visibilizar as mulleres e dar a co-

ñecer os traballos que realizan. Metodoloxía: pártese dun debate en asemblea sobre as mulleres que coñecen, sexan da súa contorna ou non. Posteriormente repártense os materiais e cada quen debuxa tres mulleres que serán presentadas ao resto do alumnado dicindo quen son e por que resultan importantes. Recórtanse os debuxos feitos e realízase o mural decorándoo con témperas. Por grupos danse a coñecer mediante fotos as tres mulleres de maio achegando razóns de por que merecen ser coñecidas. Pártense as fotos e realízanse os puzzles por grupos.

PRIMARIA

Actividade previa. Presentación das mulleres xornalistas do mes de maio (adecuando o contido a cada nivel) e das súas fotos. Obxectivos: espertar o sentido crítico. Valorizar o traballo das mulleres xornalistas. Metodoloxía: exposición previa do profesor/a. Traballo de procura de información individualizada, traballo en grupo con elección dunha persoa moderadora e outra secretaria, traballo expositivo en gran grupo, debate en gran grupo. Actividade 1

1.- Localiza no mapa a cidade de Barcelona, lugar de nacemento de Rosa Ma Calaf Solé. 2.- Busca en Wikipedia a súa biografía e contesta as seguintes cuestións: Data exacta de nacemento. Cantos anos ten a día de hoxe? Data da súa xubilación. A que idade se xubilou? En que proxecto participa actualmente xunto con outras catro xornalistas? En que consiste? En cantos países estivo de corresponsal? Cantos premios recibiu ata a data?

Actividade 2

1.- Cantas persoas coñeces co nome de Carmen ou o seu masculino Carmelo e que relación ou parentesco te une a elas? Faremos unha gráfica de barras na pizarra. 2.- O vindeiro sábado veremos todas/os o programa de RTVE Informe Semanal, intentando tomar nota do seu contido e comentarémolo o luns en clase. 3.- Veremos en clase os documentais de Carmen Sarmiento: “Filipinas, infancias rotas” (https:// www.youtube.com/watch?v=-XShvgxwY1w) y “La

mujer, el sur de todos los nortes” (https://www. youtube.com/watch?v=GndVk4EoukU ) y logo realizaremos un vídeo-forum. 4.- Divididos/as en tres grupos, debatemos e logo poñemos en común as seguintes frases de Carmen Sarmiento: -“Vivimos nun mundo onde todo se etiqueta como masculino ou feminino e iso fíxonos sufrir a moitas persoas. Cada ser humano ten unhas potencialidadess”. - “En España, a muller vive opresión e exclusión. Tantas mulleres asasinadas cada ano por seren mulleres, por non responderen ao padrón que o home desexaba delas”.

Actividade 3

1.- Escribir unha carta a xornalistas locais, invitándoas a asistir á clase a explicar en que consiste o seu traballo e que limitacións atopan para desempeñalo polo feito de ser mulleres.

SECUNDARIA, BACHARELATO

Obxectivos: promover no alumnado o interese

por coñecer xornalistas comprometidas e desenvolver unha conciencia crítica sobre a información que publican os medios de comunicación. Metodoloxía: traballo individual de procura da información. Análise de frases en pequenos grupos. Exposición de resultados ao gran grupo-clase.

Actividade 1.

Rosa María Calaf Solé (Barcelona 1945), foi correspondente de RTVE durante máis de trinta anos e xubilouse en 2008, acolléndose voluntariamente ao ERE de RTVE. Busca en Internet a biografía de Rosa María Calaf e responde as seguintes preguntas: En que ano comeza a traballar en TVE? Que premios recibiu polo seu traballo? Preocupouse pola desigualdade da muller?

Obxectivos:

Desenvolver a capacidade de narración dunha historia. Metodoloxía: pode realizarse de forma individual ou colectiva. Recórtanse unhas cartolinas do tamaño das cartas da baralla. Repartiranse e cada nena ou neno debuxará nelas un obxecto calquera, un animal ou unha paisaxe, procurando que non haxa repeticións. Cando todo o mundo acabou, xúntanse e mestúranse. O primeiro xogador ou xogadora saca catro cartas e colócaas de forma visíbel. A partir do que lle suxiren os debuxos, ten que inventar unha historia. Despois van xogando os demais alumnos e alumnas. Tamén pode facerse de forma colectiva, inventando a historia en grupos de catro.

PRIMARIA

Obxectivos: aprender a manexar os xornais. Sa-

ber discernir entre o absurdo e a realidade. Materiais e recursos: xornais vellos, tesoiras. Metodoloxía: cCada nena ou neno, de xeito individual, recortará as frases do xornal que lle gusten, fragmentos ou palabras illadas que lle fagan rir ou que non entenda. Despois pegará os recortes nun folio, intentando crear unha historia fantástica e divertida e terá que lela aos outros compañeiros/as. Seguidamente, faranse as seguintes preguntas ao grupo: a) Parécevos que esta noticia podería saír nun xornal? Por que? b) Como teñen que ser as noticias dos xornais? Intentarase afondar no debate sobre temas como a responsabilidade da veracidade nas noticias, o xeito de enfocalas, o código deontolóxico da profesión, etc.

SECUNDARIA

Centrarémonos na xornalista Rosa Mora que é, ademais, comentarista de novela negra no diario en El País. Obxectivos: coñecer a estrutura da novela negra, se lestes algunha e/ou ler unha destas, por ejemplo Fundido en negro, que é unha antoloxía de relatos do mellor calibre criminal feminino e reúne por primeira vez as heroínas máis representativas da novela criminal feminina española contemporánea. Tamén a podedes inventar. Materiais e recursos: prensa, antoloxía Fundido en negro, Internet. http://blogs.elpais.com/elemental/rosamora/

PRIMARIA

MONSERRAT BOIX PIQUÉ. Biografía, blogs e espazos web

http://www.mujeresenred.net/montserratboix.html http://www.mujeresenred.net | http://www.mujeresenred.net/mboix/blog/

Actividade 1 Obxectivos

- Promover o uso das TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación) entre o alumnado de primaria. Para Monserrat Boix, nun momento no que resulta prioritario na Sociedade da Información o achegamento das mulleres ás TIC, é especialmente importante o deseño de estratexias de formación. Unha data sinalada para iso é o Día Internacional das Nenas nas TIC, que se celebra o cuarto xoves de abril de cada ano. No seguinte enlace atópanse ideas para celebralo con actividades que promovan este uso: http://girlsinict.org/es http://girlsinict.org/sites/default/files/resources/docs/girlsinictday2014_s.pdf

Actividade 2 Obxectivos

Incentivar as nenas no desenvolvemento tecnolóxico e no avanzo cara á invención de novos dispositivos que melloren a vida de todas as persoas.

Materiais

- Páginas de internet: https://www.youtube.com/watch?v=ZN2eKkRSmuo http://catunescomujer.org/creadoras/

- Dispositivo de proxección.

Metodoloxía

1. Mediante o dispositivo de proxección veremos as imaxes de internet. Previamente preguntaráselle a nenos e nenas: Coñeces o conto de Alicia no País das marabillas? Recordas cando cae por un tobo? 2. A continuación proxectarase a escena da película que corresponde a ese momento da historia: https://www.youtube.com/watch?v=ZN2eKkRSmuo e pasarase logo a contestar esta pregunta: Que cousas vía mentres ía caendo polo tobo? 3. PPara rematar contrástase este visionado co da http://catunescomujer.org/creadoras/ e suscítase a mesma pregunta. O mestre ou mestra vai explicando que se trata de inventos que fixeron avanzar a Humanidade, a importancia que ten esta achega para unha mellor sociedade, para o benestar de todos e todas. Pódese deter en cada un dos obxectos: que son, para que serven, como funcionan... Tamén se van explicando as frases que aparecen, comentándoas entre todos e todas.

SECUNDARIA

CORAL HERRERA GÓMEZ Blogs e espazos web

htto://www.coralherreragom.blogspot.com/ El Rincón de Haika:
http://www.haikita.blogspot.com/ Lo romántico es político: https://www.youtube.com/watchv=Rc1UtRo0OqI&feature=youtu.be

Obxectivos

- Coñecer os erros e malas prácticas do amor romántico a través das opinións de Coral Herrera.

Materiais

- http://www.pikaramagazine.com/2011/10/el-amor-no-deberia-basarse-en-la-necesidad-enel-miedo-a-la-soledad-ni-en-la-exclusividadcoral-herrera-gomez-afirma-que-mujeres-y-hombres-sufren-por-el-ideal-del-amor-romantico-aunque-no-de-la-m/

Metodoloxía

Divídese a clase en 12 grupos/parellas. Cada grupo lerá en voz alta a pregunta e a resposta de Coral Herrera sobre o amor romántico que se atopa aquí. Logo cada grupo debaterá internamente a pregunta e resposta que lle tocou e para rematar expoñerán as conclusións a respecto das seguintes cuestións: - Estás de acordo co que opina Coral? - Recórdache ou suxíreche algunha situación vivida persoalmente ou que lle sucedese a alguén coñecido?

BACHARELATO

BEATRIZ GIMENO REINOSO Blogs e espazos web

http://beatrizgimeno.es http://www.pikaramagazine.com/author/beatriz-gimeno/ www.elplural.com, www.elciudadano.cl, www.eldiario.es

Obxectivos

- Coñecer a obra literaria de Beatriz Gimeno. - Interpretar e valorar a súa obra.

Materiais

- https://www.youtube.com/watch?v=qnO93m8WxD8

Metodoloxía

Beatriz Gimeno le algúns dos seus poemas. Escóitaos e comenta o poema que máis che gustou. Escríbeo para despois lelo en voz alta. Que che suxire?

Actividade 2.

Almudena Ariza (Algeciras, Cádiz, 1 de septiembre de 1963), correspondente de RTVE e xornalista de radio e televisión. Analizar en grupos e logo expoñer ao resto da clase a frase de Almudena Ariza: "O burka é un obxecto absurdo, repugnante" Que é o burka e en que países se emprega actualmente? Que razóns cres que existen para que as mulleres leven o burka?

Xullo. Xornalismo cultural INFANTIL: Xogo de cartas

Xuño. Blogueiras

Metodoloxía

Na novela negra sempre hai algún asasinato. Buscade nun xornal unha noticia sobre a morte dalgunha muller por violencia machista. 1. Parécevos que a noticia está ben enfocada? 2. Trátase o suceso de xeito morboso? 3. Culpabilízase dalgún xeito á muller? Busca o código deontolóxico para xornalistas sobre o tratamento das noticias sobre violencia machista.

BACHARELATO

Actividade 1

Pilar Miró: http://es.wikipedia.org/wiki/Pilar_Mir%C3%B3 Obxectivos: coñecer a figura e o traballo desta xornalista e cineasta. Materiais e recursos: http://www.rtve.es/alacarta/ videos/imprescindibles/imprescindibles-quien-fue-pilar-miro/1120308/

Metodoloxía

No grupo-clase visionarase o documental do enlace citado, analizando a información que achega. Despois de designar unha persoa moderadora, introducirase un debate no grupo a través das seguintes preguntas: 1. Foi doado o inicio da súa carreira profesional? Por que? 2. Como se viu obrigada a actuar? 3. Segundo o testemuño das persoas entrevistadas e dos comentaristas, cales eran os valores que a guiaban?

Actividade 2

Margalida Capellà i Fornés destaca polo seu compromiso na visualización de mulleres represaliadas durante e logo da guerra civil. Esta xornalista sacou á luz a figura de moitas mulleres comprometidas que foron encadeadas, silenciadas, asasinadas ou represaliadas, traballo que na Illa de Mallorca ninguén antes levara a cabo.

http://diccionariperiodisme.wikispaces.com/Margalida+Cap ell%C3%A0+Forn%C3%A9s

Actividade 3 Obxectivos: realizar un traballo de investigación

xornalística.

Metodoloxía: buscar a través da rede, libros de historia, charlas con persoas maiores, etc., temas inéditos ou temas que oístes no voso círculo familiar, social, ou que vos chamaron a atención e que non sexan tratados na prensa. Informarse con veracidade e intentar escribir un artigo sobre o tema.

Agosto. Activistas Obxectivos: • Identificar as achegas destas tres mulleres xornalistas. • Investigar a traxectoria destas mulleres, o seu contexto histórico e a súa importancia para o movemento feminista. • Valorar o traballo desenvolvido por estas mulleres. Contidos: • Coñecemento e práctica de actitudes de respecto en traballos grupais. • A igualdade de dereitos no mundo laboral e social. • A Transición e a súa influenza na actualidade. Metodoloxía: Traballarase desde unha metodoloxía activa, participativa e dinámica, tanto en pequenos grupos como en gran grupo, desenvolvendo estratexias de procura de información autónoma e selección de información. Materiais: Ordenador con conexión a internet e canón de proxección, papel, lápis, cartolina, bolígrafos e pinturas de cores.

INFANTIL

O mestre/a contextualizará dúas das mulleres protagonistas deste mes: Tareixa Navaza e Margarita Ledo Andión. As alumnas/os preguntarán aos seus pais/nais e avós/avoas por estas dúas mulleres e a súa traxectoria nos medios de comunicación e polos recordos que teñan sobre elas. Con estas dúas imaxes impresas en cartolinas faremos dous quebracabezas cun número de pezas axeitado á idade das nenas e nenos.

PRIMARIA

Xornalistas na TVG

Tareixa Navaza foi xornalista dende os anos 70 en medios audiovisuais. Unha muller galega pioneira no mundo do xornalismo nun momento en que a censura estaba moi presente. O alumnado, por grupos, fará un traballo de investigación sobre: a) Tareixa Navaza e a súa traxectoria: En que medios de comunicación traballou Tareixa Navaza? Que represalias tivo que padecer por exercer como xornalista? Por que estivo moitos anos traballando no arquivo, en documentación? Que é a censura? b) As mulleres xornalistas: Cantas mulleres exercen como xornalistas na TVG e na Radio Galega? Cantos homes exercen como xornalistas na TVG e na Radio Galega? c) O galego nos medios de comunicación: Unha frase de Tareixa Navaza, contando situacións ás que se tivo que enfrontar, é: “Hábleme usted como si fuese de Burgos” Cando e por que lle dixeron iso? Cales eran as dificultades para traballar como xornalista en galego?

SECUNDARIA

A profesora fará unha introdución dun feito histórico para Galicia como foi a traída dos restos de Castelao a Santo Domingos de Bonaval. Tareixa Navaza fai a retransmisión en directo deste momento. En gran grupo coméntase e búscase información sobre: – Por que había manifestacións multitudinarias contra a chegada dos restos de Castelao a Santiago de Compostela? – Que estudos fixo Castelao? Por que non exerceu nunca a profesión para a que estudara? – Por que faceta era coñecido nese momento Castelao? Debuxante, político ou escritor? – Coñeces as obras de Castelao? – Onde viviu Castelao durante o seu exilio, despois da guerra do 36? – Que textos elixiu Tareixa Navaza para ler o día da retransmisión da traída dos restos de Castelao?

BACHARELATO

A profesora ou profesor fará unha introdución sobre o filme que se vai ver a continuación: “A cicatriz blanca”, de Margarita Ledo Andión. A directora pon de relevo nel o ocultamento secular ao que as mulleres foron sometidas por razóns de xénero e que continúa vixente nos nosos días. A degradación persoal, a discriminación social e cultural e a explotación laboral á que foron e aínda son hoxe sometidas as mulleres son aspectos reflectidos neste filme, que supón unha aposta pola diferenza e a defensa dos dereitos humanos. Na primeira metade do século XX, miles de mulleres saíron soas de Galiza cara a América. Moitas delas eran ilegais, con papeis que falsificaban a súa idade e mesmo a súa identidade. - Visionado do filme. - Debate e posta en común, para o que se terán en conta as seguintes cuestións: a) Quen son as protagonistas do filme? b) Poderías facer un retrato de Merce? c) Cales eran os motivos que levaban ás mulleres galegas a emigrar a América? d) Qué traballos tiñan que facer para saír adiante? e) O matrimonio era algo case obrigado nese momento? f ) Algunha muller das vosas familias emigrou a América? g) Consideras que este filme está feito dende unha perspectiva feminista? Por que? h) Cantas directoras de cine galegas coñeces?

Máis actividades en http://www.stes.es/mujer.html

STES·INTERSINDICAL Organización de Mujeres


ACTIVIDADES PROPOSTAS Setembro. Radio

Outubro. Televisión

Iniciamos o curso co obxectivo de poñer en funcionamento unha radio escolar que nos permita ampliar as traxectorias escolares de nenos, nenas, mozos e mozas ao vincular a dimensión formal e non formal da educación, e desenvolver e implementar accións e proxectos que posibiliten novas formas de ensinar e aprender.

Obxectivos:

Desenvolver un novo xeito de educar: activo, aberto á vida, democrático, crítico e solidario. Dinamizar a comunicación entre a comunidade escolar e difundir por Internet os espazos radiofónicos creados por nenos/as e mozos/as.

Plan de actuación e Materiais necesarios

Subdivídese en 5 etapas: 1) Creación de Blogs. 2) Elaboración de guións. 3) Captación da información: captación do audio. 4) Edición do material. A edición de audio realízase mediante o programa de software libre “Audacity”. 5) Difusión. Para reproducir os programas de radio utilizaremos Goear. Posteriormente introduciremos o reprodutor (mediante un código que nos ofrece Goear) no blog para que poida ser escoitado . (www.goear.com)

ACTIVIDADES PREVIAS A EMITIR UN PROGRAMA Actividade: Escoitamos radio para nenos

Cada día da semana durante o mes de setembro escoitaremos grazas aos podcast uns minutos do programa “La estación azul de los niños” en Radio 5 ou outro semellante de interese para o alumnado. Trala súa escoita analizaremos o xénero, as técnicas, a arte, a rotina do programa, o formato, os xornalistas que interveñen…

Actividade: Vemos facer radio

Pídeselle a unha emisora local con motivo do inicio de curso que realice o seu programa magacín de mañá no salón de actos do centro e que o público sexa o alumnado, coa finalidade de coñecer o código radiofónico (voz, música, efectos sonoros).

Actividade: Taller “Preparámonos para facer radio”

Durante o mes de setembro o alumnado voluntario: - Coa colaboración do profesorado de TICs, aprenderá a utilizar o programa de edición de son e emisión a través da páxina web do centro. - Coa colaboración do profesorado de Audición e Linguaxe, aprenderá asemade nocións sobre dicción e lectura ante micro. - Coa colaboración dun/ha xornalista local, analizaremos diferentes programas para evidenciar o xénero e as técnicas empregadas. Coa colaboración do profesorado voluntario coordinador/a, fórmanse os grupos cooperativos necesarios para iniciar a realización do programa, definindo roles e funcións en cada un (coordinación, recolección de noticias ou novidades escolares, encargado/a de noticias de actualidade, encargado/a da música, etc.) Elixir un nome para a radio. Planificar a programación.

INFANTIL: A miña presentadora favorita

ACTIVIDADES PARA SECUNDARIA E BACHARELATO Actividade: Entrevistas

A clase divídese en grupos e a cada un asígnaselle unha das xornalistas Gemma Nierga, Pepa Bueno o Àngels Barceló. A través dos textos que se poden ler nas páxinas web recomendadas, cada grupo tratará de contestar como o farían esas xornalistas á seguinte entrevista, na que se poden engadir en todo caso outras preguntas: Onde e cando empezaches a facer radio? Por que empezaches a facer radio? De onde vén a túa querenza polo xornalismo? En que canles traballaches? Que premios obtiveches? Que programas dirixiches? Atopaches ao principio da túa carreira algunha dificultade engadida por seres muller? Que tal te consideras como “xefa”? Como se chama o programa de radio que actualmente dirixes? Cal é a súa franxa horaria e cal é o seu xénero radiofónico? Unha vez cumprimentada a entrevista, elabórase un póster dixital con axuda do programa edu-gloster e sóbese ao blog de aula.

Actividade: Sección de radio coma se fose ela

Unha vez cumprimentada a entrevista da actividade anterior gravarase, nun falso directo, dramatizando: unha persoa fai de entrevistador/a e a outra de xornalista entrevistada. Para rematar sóbese ao blog para que poida ser escoitada por todos.

Actividade: Adiviña quen dixo isto

Lese atentamente, individualmente ou en grupos, o seguinte feixe de frases e procúrase adiviñar quen foi a xornalista que as dixo: Gemma Nierga, Pepa Bueno o Àngels Barceló. “Na radio non me atopei ningún problema: confiouse en min e si, son muller, son muller, non pasa nada” “A reforma da lei do aborto é un sensentido, unha concesión á Igrexa, que non aos católicos, porque moitos deles están en contra” “A inmediatez obríganos a ser máis responsábeis” Páxinas web recomendadas http://es.wikipedia.org/wiki/Gemma_Nierga http://cordopolis.es/2013/12/28/gemma-nierga-siempre-me-ha-venido-grande-el-disfrazde-estrella/ http://es.wikipedia.org/wiki/Pepa_Bueno http://es.wikipedia.org/wiki/%C3%80ngels_Barcel%C3%B3 http://www.cadenaser.com/hora-25/

Obxectivos: • Coñecer as figuras de Maruja Torres, Nuria Varela e Nazanín Armaniam. • Concienciar ao noso alumnado da desigualdade existente aínda na nosa sociedade entre mulleres e homes. • Incentivar o uso dunha linguaxe non sexista. • Coñecer figuras que contribuíron a modificar a imaxe das mulleres. Materiais e recursos

• Biografía de Maruja Torres: http://www.marujatorres.com/bio/ • Biografía de Nuria Varela: http://www.lecturalia.com/autor/18561/ nuria-varela

• Biografía de Nazanim Armaniam: http://www.nazanin.es/?page_id=112

Metodoloxía:

A mestra/e fará en primeiro lugar unha introdución sobre a biografía destas mulleres. O alumnado, a seguir, fará unha procura en internet e ampliará os seus coñecementos. Indicamos arriba as páxinas a visitar. Para a procura dividimos a clase en grupos de 3 alumnos/as. Estes grupos elixirán unha xornalista das estudadas e realizarán as actividades; valóranas e xogando aprendemos.

Actividade: Sopa de letras

Obxectivos: espertar o sentido crítico. Valorar o traballo das mulleres xornalistas e o seu compromiso social. Metodoloxía: divídese ao alumnado en grupos para realizar a labor de investigación e as reflexións.

• Busca información tanto da actividade profesional como do compromiso social das tres xornalistas deste mes: Rosa Ma Mateo, Concha García Campoy e Mara Torres. Hai algún aspecto da súa vida profesional que che chame a atención? En que medios de comunicación traballaron preferentemente? Que tipos de noticias e programas realizaron? • Por que crees que son importantes estas mulleres dentro do xornalismo español? • Algunha delas traballou ou colaborou con algunha campaña de sensibilización ou acto relacionado cas mulleres? Por que crees que as elixiu? Recollede as reflexións e expoñédeas ao resto do grupo.

SECUNDARIA: Noticias de hoxe para xornalistas do mañá Obxectivos: espertar o sentido crítico. Valorar e tomar conciencia das noticias protagonizadas por mulleres . Metodoloxía: para esta actividade pódese combinar o traballo de forma individual para as labores de procura

de información e o traballo en equipo para a realización do noticiario caseiro. • Busca vídeos de Rosa Ma Mateo, Concha García Campoy e Mara Torres: Que programas realizaron? De que tipo son: noticiarios, magazines, musicais…? • Unha vez analizados os programas nos que traballan ou traballaron estas xornalistas imos realizar un programa caseiro con noticias de actualidade, para iso: - Selecciona noticias relacionadas coas mulleres da túa rexión, de España e doutros lugares do mundo. - Elabora un guión para o programa coas noticias seleccionadas. - Deseña un pequeno decorado. - Gravade o noticiario e si podedes subídeo á páxina web do centro educativo.

BACHARELATO: Mulleres e profesionais do xornalismo

Obxectivos: espertar o sentido crítico. Valorar o traballo das mulleres xornalistas. Metodoloxía: dividir ao alumnado en grupos de traballo para que debatan as cuestións propostas e logo

Por que crees que lle concedeu este premio? • Visualiza o seguinte vídeo: http://www.rtve.es/alacarta/videos/fue-noticia-en-el-archivo-de-rtve/pueblo-democracia-24-1981/395104/ A que acontecementos se refíre Rosa Ma Mateo na súa lectura? Por que crees que foi a persoa elixida para a lectura deste manifesto? • Le a seguinte frase de Concha García Campoy: “PPero todos os días as mulleres temos que demostrar que temos a mesma capacidade que os homes. Hai un feminismo militante moi útil e que nos favorece a todas, ata ás que non militamos explícitamente.” Crees que Concha, Rosa Ma e Mara Torres han ter as mesmas oportunidades ca os seus compañeiros varóns?

Novembro. Columnistas

PRIMARIA

PRIMARIA: Xornalistas e comprometidas

http://elpais.com/diario/2005/06/03/cvalenciana/1117826304_850215.html

En principio pode ser de unha vez por semana.

Unha noite, a pirata Candela, a máis aventureira de todas as piratas do reino dos soños, foi visitar a Martín. Desde entón, Martín sabe que os soños poden cumprirse por moi difíciles que parezan, se se teñen bos amigos. Obxectivos: • Visibilizar a igualdade entre nenos e nenas. • Fomentar o uso da linguaxe non sexista. • Fomentar as ideas e sentimentos de xustiza e igualdade interxéneros. Materiais e recursos: Libro Martín y la pirata Candela, material de debuxo. Actividades: Lectura do libro. Realizarase un debuxo dunha pirata, inspirado na lectura. Valorarase o que máis guste ou o máis votado para que sexa a mascota da clase.

tes preguntas: • Que presentadoras de televisión coñeces? Esas mulleres presentan noticias, deportes, información do tempo ou outro tipo de programas? Son mulleres novas ou vellas? Por que crees que hai mulleres desas idades? • Debuxa a teu presentadora preferida e explica aos teus compañeiros e compañeiras por que é a presentadora que máis che gusta. Expoñede todos os debuxos nun mural na aula.

poñan en común as conclusións todos os grupos. • Le o seguinte artigo sobre o premio concedido a Rosa María Mateo pola Asociación de Empresarias e Profesionais:

HORARIO E A FRECUENCIA

INFANTIL: Martín y la pirata Candela de Nuria Varela

Obxectivos: espertar o sentido crítico. Valorar o traballo das mulleres xornalistas. Metodoloxía: iniciase un debate co grupo clase sobre as presentadoras de televisión facéndolles as seguin-

Decembro. Escritoras

Buscaremos o nome e apelido das tres mulleres xornalistas que estudamos. Elaboraremos en cartolina as siluetas dunha foto destas mulleres. No seu interior iranse escribindo os nomes dos xornais nos que publicaron os seus traballos.

SECUNDARIA: Conociendo a Maruja Torres

Xustificación. Escribir axuda a comprender, como ben di Ma-

ruja Torres; pois comecemos a coñecela deste xeito. Obxectivos: • Coñecer Maruja Torres. • Lograr a visibilización da muller xornalista. Materiais e recursos: • Biografía de Maruja Torres: http://www.marujatorres.com/bio/ • Artigos de Maruja Torres: http://elpais.com/autor/maruja_torres/a/ Metodoloxía: Para iso dividimos a clase en grupos de 4 alumnos/as. Estes grupos realizarán as actividades e avaliarannas. Actividade: elixir 10 artigos dos escritos por Maruja e elaborar cos títulos unha sopa de letras.

BACHARELATO: Coñecendo Nuria Varela

Obxectivos: • Coñecer a Nuria Varela • Respectar e valorar o traballo das mulleres xornalistas. • Lograr a visibilización da muller na sociedade. Materiais e Recursos: • Biografía de Nuria Varela: http://www.lecturalia.com/autor/18561/

nuria-varela | http://nuriavarela.com/perfil/

Metodoloxía: comezamos cunha clase maxistral, de 15 mi-

nutos, para a explicación da biografía de Nuria. Ademais, utilizaranse estratexias de procura, organización e selección da información, preparando ao alumnado para localizar, sistematizar e organizar a información e o coñecemento ao seu alcance. Para isto dividiremos a clase en grupos de 4 ou 5 integrantes e realizaremos as seguintes tarefas: Elixir actividades profesionais, libros, artigos..., realizados por Nuria e elaborar un pequeno informe sobre elas. Realizaranse tarxetas, tamaño cuartilla, para ilustralas con fotos referidas aos diversos contidos e en cada unha delas pegaremos a información.

INFANTIL: Mamá quero ser xornalista Obxectivos:

• Aproximar modelos de personaxes femininas na profesión xornalística. Materiais e recursos: xornais, Internet, tesoiras, cartolina lila tamaño A4, pinzas da roupa e unha corda.

Metodoloxía:

Preséntase a actividade preguntando en asemblea se saben que é a profesión xornalística e se coñecen xornalistas homes ou mulleres. A procura de imaxes e a copia do nome farase de xeito individual, pero a selección e realización da grilanda farase en gran grupo. Fase 1. Busca fotografías das tres mulleres xornalistas que aparecen na portada e recórtaas. A continuación, copia ou debuxa as letras do seu nome e apelido nunha cartolina de cor lila. Fase 2. Cando teñades todas as fotos recortadas, facede tres series consecutivas agrupando as imaxes recompiladas por toda a clase de cada unha das mulleres. Fase 3. Agora imos facer unha gran grilanda: colgaremos todas as imaxes das xornalistas con pinzas da roupa, separando as series polas cartolinas que teñen o seu nome. Fase 4. Cando estea finalizada, colgámola na clase e invitamos ás outras clases a que entren a ver o noso álbum de fotos de mulleres xornalistas.

PRIMARIA: Noticias á vista

Obxectivos: • Incentivar o gusto pola lectura e a reflexión crítica do que se le. • Reflexionar sobre a arbitrariedade dos repartos de traballos tendo en conta o xénero da persoa. Materiais e recursos: www.clubgeronimostilton.es/clubTeaBienvenida.php http://tragaletras.wordpress.com/2008/12/14/el-eco-del-roedor/

Metodoloxía:

1. De xeito colectivo presentaremos a actividade á clase de xeito semellante a este: Coñecedes o nome dalgunha xornalista? Veña, imos facer memoria... Acordádesvos de Tea Stilton? Si, a irmá de Jerónimo Stilton e reporteira do xornal “El Eco del Roedor”. Para coñecela mellor imos ler, de xeito individual, algún dos seus moitos libros, e despois describiredes as funcións e traballos que hai nun xornal, e faredes un diagrama ou árbore onde se mostren as tarefas do xornal e as persoas que as realizan. 2. En gran grupo, a continuación, responderedes estas cuestións, explicando as vosas respostas: A. Que protagonistas son máis frecuentes no xornal, os masculinos ou os femininos?

B. Como describirías a Tea? Utiliza adxetivos. C. Quen realiza as tarefas de maior responsabilidade? D. Por que crees que é así no libro? Representa a realidade? Dá 3 razóns polas que consideres que é posíbel que haxa xornais cos roles invertidos entre os personaxes masculinos e femeninos.

SECUNDARIA: A miña experiencia como xornalista Obxectivos:

• Visibilizar a vida e a obra de mulleres creadoras de opinión. • Potenciar a aprendizaxe comprensiva e facela extensiva a distintas áreas de coñecemento.

Metodoloxía:

• Formando 3 grupos mixtos farase unha sinxela investigación sobre as vidas e obras das xornalistas que aparecen na imaxe deste mes. Cada grupo elixirá unha xornalista e distribuirá o traballo para confeccionar unha entrevista ficticia coa escritora en que aparezan reflectidas a súa obra literaria e a súa obra xornalística, así como todo aquilo que chamase a atención do grupo sobre ela (premios, anécdotas, etc). Pódese elixir o medio que se queira (prensa, radio, televisión...), pero na entrevista teñen que aparecer voz ou palabras escritas, imaxes e personaxes como o/a entrevistador/a e a xornalista entrevistada. Presentarase a entrevista á clase e debaterase sobre ela. Propoñerase á persoa responsábel das actividades extraescolares que introduza un panel na semana cultural sobre as xornalistas en cuestión.

BACHARELATO: Palabras de mulleres xornalistas Obxectivos:

- Visibilizar a vida e a obra de mulleres creadoras de opinión. - Potenciar a capacidade de traballo cooperativo. - Potenciar a aprendizaxe comprensiva e facela extensiva a distintas áreas de coñecemento.

Metodoloxía:

En 3 grupos realizarase unha procura a través de internet para localizar todos os artigos que sexa posíbel das tres escritoras que aparecen na imaxe deste mes. Despois reuniranse todos os artigos de cada autora dos tres grupos e farase un dossier de cada unha delas. Poderase rendibilizar o seu uso para a análise de textos, análise sintáctica, exercicios sobre morfoloxía, etc… Recomendacións para a procura: http://www.lavanguardia.com/magazine/index.html http://elpais.com/autor/almudena_grandes/a/ http://elpais.com/autor/almudena_grandes/a/ http://elpais.com/autor/rosa_montero/a/

Máis actividades en http://www.stes.es/mujer.html

STES·INTERSINDICAL Organización de Mujeres



Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.