1
2
1. 2. 3. 4. 5. 6. 7. 8. 9. 10. 11. 12. 13. 14. 15. 16. 17. 18. 19. 20. 21. 22. 23. 24. 25. 26. 27. 28. 29. 30. 31. 32. 33. 34. 35. 36. 37. 38. 39. 40. 41. 42.
Presentación Aula de Leiro Aula de Lois Aula de Ribadumia 3-4 anos Aula de Ribadumia 4-5 anos Aula de Sisán Proxecto da Lagarta Magosto Samaín Nadal Concurso de postais de Nadal Calendario Día da PAZ Entroido É mentira que… Contos de mentiras O Universo A nosa biblioteca Tradición oral Os maios Día das Letras Galegas A prensa na escola Saimos na prensa Aula de Música English Audición e Linguaxe Psicomotricidade Informática Saídas O monte do Castro A natureza na nosa escola Receita A cociñar Así o fixemos Miró Convivencia Aniversarios Ata sempre Consellos para as familias Festival Fin de curso 2010 Moi mal por Pasatempos 3
Este ano non trouxemos ás nosas mascotas a presentar a revistas senón que veu este estupendo dragón. Elixímolo como exemplo da constancia e da dureza do traballo realizado este ano por todos os nenos e nenas do CRA de Ribadumia. Moitas cousas fixemos na escola neste curso. Dende aprender como é un dragón, traballar as fábulas, o calendario, coñecer a unha persoa que facía uns xoguetes “espectaculares”, traballar na horta, pasar ratos moi divertidos cos contos da biblioteca, tamén fixemos excursións, cantamos, xogamos, aprendimos inglés, fixemos talleres de linguaxe… Como podedes imaxinar, é imposible recoller nuha revista todo o feito durante este curso que remata agora, polo que as vosas mestras e mestres, fixeron esta recompilación que conforma o número 10 da nosa revista ZAPATOCAS. Gardádea xunta as outras para lelas cando queirades Pasade un bó verán e una aperta moi forte de todos e todas as vosas profes.
4
Este curso disfrutamos tanto coa lectura de “Dez piratas” de Gloria Sánchez que no puidemos resistirnos á tentación de converternos nós tamén nos personaxes deste conto.
LAURA
ÁNGELA
JOSE RUBÉN MENCÍA MARCELO ANTONIO
DIEGO
MARTIÑO ÁNGELES
LUCAS 5
Brontosauro, Estegosauro, Pterodáctilo…Dende o Xurásico, ameazadores, observan os dinosaurios, pero a clase de Lois, valente coma nigunha, amósalle a súa cara máis feroz, que fai tremer ata o mesmo Tiranosauro Rex. Aggggg!!
6
YOEL
ÁNGELA
MARÍA
CARLOS
IRENE
LUCÍA
ROCÍO
DIEGO
FELIPE
MARIÑA
ABRAHAM
DAVID
RODRIGO
LUCAS
AARON
7
AULA RIBADUMIA 3-4 ANOS
8
9
AQUÍ ESTAMOS OS NENOS DA ESCOLA DE SISÁN NO XARDÍN NUNHA MANÁ DE OUTONO.
PROFE MARINA VICTOR FRANCISCO JAVIER ALBA SAÚL MENCÍA ISIDORO
10
LIDIA XEILA GONZALO HUGO JORGE IRIA
PROXECTO DA LAGARTA
No primeiro trimestre traballamos o proxecto da lagarta. Tivemos unha mascota, a lagarta Loliña, e con ela investigamos moitas cousas: ten o corpo cuberto de escamas, pon ovos, come insectos, desprázase con 4 patas, é un réptil que lle gusta moito o sol e no inverno apenas sae. Aquí a podedes ver.
11
O MAGOSTO Na escola de Leiro tamén celebramos o Magosto. Tivemos castañas a montón, biscoitos de noces, roscas, tortas de queixo, de mazá… E unhas estupendas mamás que asaron unhas deliciosas castañas!!
Coma sempre, disfrutamos moito dos xogos e levamos castañas asadas para casa.
12
O SAMAÍN O Samaín supón a 1ª festa de todas as escolas na sede do CRA. Tivemos contos de medo, obradoiro de maquillaxe, exposición de cabazas decoradas, tivemos de todo...
Tamén disfrutamos da visita de Anxo Moure, que chegou no seu “PAZTINETE” cargado de contos solidarios.
13
O NADAL ¡Con que ilusión esperabamos a chegada do Nadal! Nas semanas anteriores, ensaiamos con moitísimas ganas as panxoliñas e as obras de teatro que íamos representar. O día 19, tivemos a posibilidade de visitar un Belén feito por un veciño do Concello. ¡Era unha auténtica “pasada”! Non lle faltaba ningún detalle: ¡ata saía fume das castañas que estaba asando a castañeira!
Gustounos moito o Castelo de Herodes e o portal de Belén, pero en realidade, todo era moi bonito porque estaba feito con moitísimo cariño e ilusión, que son os ingredientes fundamentais para que as cousas sempre saian ben. Cando chegou a hora de merendar, estabamos moi famentos e dimos boa conta de todos os doces que as nosas nais fixeron para este día. ¡GRACIAS MAMIS, SODES UNHAS ESTUPENDAS REPOSTEIRAS!
14
O día 22 comezamos a mañá cun taller no que elaboramos tarxetas de Nadal, con todo de materiais: purpurina, limpapipas, pegatinas, lentellas, etc. A continuación, expuxemos os traballos no local social, para disfrute de todos aqueles que viñeron a velos.
Chegado o momento das actuacións, a aula de Sisán cantou a panxoliña “El burrito sabanero”, facendo bailar a todos ao ritmo da música. Os alumn@s de Ribadumia e Leiro interpretaron outras cantigas do Nadal, mentres que os rapaces de Lois escenificaron “Caravana ao portal”. Ao remate os paxes reais visitáronos para recoller as nosas cartas con todas as peticións para as Súas Maxestades .
15
CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL COMO CADA ANO, O CONCELLO DE RIBADUMIA CONVOCOU O CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL E TODAS AS ESCOLAS DO CRA DE RIBADUMIA PARTICIPAMOS. AQUÍ TEDES ALGÚNS EXEMPLOS DAS PRECIOSAS POSTAIS QUE FIXERON OS NOSOS NENOS E NENAS.
MARIÑA DIZ RODRÍGUEZ, DA ESCOLA DE RIBADUMIA, FOI UNHA DAS GAÑADORAS DESTE ANO. PA-
16
17
Dia da Paz "Queremos liberdade queremos paz queremos máis xustiza queremos paz queremos todos xuntos construir a paz"
Un ano máis celebramos, o 30 de xaneiro, o día da paz e da non violencia. Coa axuda dos nenos/as que xa o ano pasado traballaron o día da paz, recordamos quen era Mahatma Ghandi e que conseguiu a independencia da India dades para conmemorar este día…
18
Fixemos diferentes actividades para conmemorar este día… Murais coa árbore e as mans da paz...
Pombiñas…
Soltamos globos no patio…
19
Bailamos o xogo da carrasquiña...
Disfrazámonos de pombiñas...
20
Entroido
21
“Se che gusta soñar e en foguete viaxar, imaxina unha viaxe espacial, Mira ben e verás mil estrelas brillar Que iluminan a ruta ó pasar…”
Sisán!
Nueve globos giran bajo el sol… Mercurio, Venús, Júpiter…
22
Leiro!
Ai señora lúa de cara redonda, sempre camiñando na noite de troula!!
Lois!
Ribadumia!
23
Este ano o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra estivo adicado á mentira. Na escola decidimos abordar o tema con diferentes propostas, pero sen dúbida a que máis éxito tivo entre os cativos foi a de inventar rimas cos seus nomes partido da frase “É MENTIRA QUE…”.
24
Como queda recollido na web do salón do libro... “A mentira está presente xa nos primeiros contos que lles contamos aos cativos: o lobo mentiulle a carapuchiña vermella e tamén aos cabritos, Pinocho toleou a todos coas súas mentiras pagando un alto prezo por iso…” para todas as familias que desexen mergullarse nas metiras dos contos aquí van as nosas recomendacións: “Os sete cabritos”. Ed. Kalandraka Érase unha vez unha cabra que vivía cos seus sete cabritiños no bosque. Un día, foi facer compras á aldea e díxolles aos fillos que non lle abrisen a porta a ninguén. Aproveitando a súa ausencia, o lobo foi petar á porta da cabana... “Soldadiño de chumbo”. Ed. Kalandraka Ao chegar a noite, cando todos os xoguetes empezaron a moverse, a bailarina e o soldadiño ficaron quedos, sen quitarse ollo. Ás doce, un boneco que asomou dunha caixa ordenoulle ao soldadiño que esquecese a bailarina. Pero el non lle fixo caso… Tamén en DVD na editorial Galaxia. “A princesa do Caurel”. Ed. OQO E isto que é? Este é o gato que pillou a pega que roubou o anel da Princesa do Caurel… E isto que é? “Corre corre, cabaciña”. Ed. OQO A historia dunha velliña que, de camiño ao casamento da neta, atopa un lobo, un oso e un león que a queren comer... “A cousa que máis doe do mundo”. Ed. OQO Como a hiena se riu da lebre cando esta lle dixo que a cousa que máis doe no mundo é a mentira, esta decide que o mellor xeito de convencela é cun caso práctico... 25
O UNIVERSO Nunha nave espacial, descubrimos o universo e os planetas. Para os gregos, os planetas eran deuses que vivían no universo; así, puxéronlles os seus nomes e inventaron a historia que imos contar.
Nun principio, só existían o Ceo, representado polo deus Urano e a Terra, que era a deusa Gea. Estes uníronse para dar a luz ao Tempo, chamado Saturno, quen gobernou o Universo enteiro. Casou coa deusa Cibeles, pero un adiviño profetizou a Saturno que un dos fillos lle quitaría o trono. Por iso, Saturno devoraba a todos os seus fillos. Cibeles, moi triste decidiu salvar a un deles e escondeuno nunha cova para que Saturno non o atopase. Ese neno medrou co Nome de Xúpiter, converténdose no único rei do Universo e dos deuses. No Universo atopamos a Mercurio, o planeta máis próximo ao Sol, e ó precioso Venus, que aparece antes ou despois da posta de Sol. 26
O terceiro dos planetas é o noso, a Terra e o que ocupa o cuarto lugar é Marte, o chamado planeta vermello. O quinto, Xúpiter, é o máis grande, e o planeta dos aneis chámanlle Saturno, seguido de Urano e por fin Neptuno. Para lembrarnos dos nomes de todos os planetas aprendemos unha canción moi divertida, titulada “Tenemos siete planetas”. Animádesvos a cantala?
“Tenemos siete planetas Que dan vueltas y más vueltas Pero nunca se marean Aunque dan la vuelta entera Que no, que no, que no”
27
Un ano máis, a nosa biblioteca forma parte dos centros con Plans de Mellora de Bibliotecas Escolares. Isto permitiunos contar cun orzamento específico para a actualización de fondos e a adquisición de equipos audiovisuais e informáticos. A cambio, o colexio está comprometido a realizar un proxecto anual de animación e fomento da lectura e a desenvolver estratexias para a formación de usuarios. Este curso a tradición oral, os dragóns e as fábulas invadiron a nosa biblioteca; co “Crocodilo” de Antonio Rubio apréndemos os nomes dos cores;co “Felicidades Miguel” celebramos I centenario do nacemento de Miguel Hernández; co “É mentira que…” metémonos de cheo no Salón do Libro infantil e Xuvenil de Pontevedra; co “Salvar un libro” participamos nun traballo cooperativo xunto a outras 96 bibliotecas escolares galegas; co “Dez piratas” coñécemos á escritora Gloria Sánchez… Ademais, estreamos “bolsas de biblioteca” para que a “viaxe” dos libros ata casa fora máis segura, as “mochilas viaxeiras” continuaron a súa andaina polos fogares dos cativo, as bolsa de lecturas polas escolas, participamos no programa de “lecturas de ida e volta” da Fundación Germán Sánchez Ruipérez, coñecemos a biblioteca municipal de Pontevedra e a recentemente restaurada de Ribadumia, visitounos o escritor e “atrapador” de contos Anxo Moure co seu PAZtinete cargado de contos solidarios, a ilustradora Marisa , o grupo de títeres “A xanela de Martín”... 28
TRADICIÓN ORAL Neste curso tamén traballamos a tradición oral para non perder a literatura tradicional galega...
29
...incluĂndo algunha das nosas cantigas mĂĄis coĂąecidas...
...e bonitos poemas.
30
Para darlle a benvida á primavera, celebramos a festa dos Maios. Da casa temos que traer laranxas, flores, fiúncho e ovos. Na escola, mentres as mestras recobren a estrutura con fiúncho, os cativos imos facendo os colares para decoralo. As veces é complicado separar os talos sen romper as margaridas e hai que ter moito coidadiño coas agullas, pero sempre quedamos abraiados co resultado. Aínda que sen dúbida o mellor de todo é cantar ao redor del a ritmo de claves e acompañados do grupo Alecrín. Este anos foi especialmente divertido bailar todos xuntos o “Xogo da Carrasquiña”.
31
DÍA DAS LETRAS GALEGAS O 17 de maio, celebramos o día das letras galegas. Este ano, o homenaxeado foi o escritor Lois Pereira. Nacido o 16 de febreiro de 1958 en Monforte de Lemos (Lugo), dedicouse non só a escribir poesía senón tamén a outros traballos como: tradutor de películas e series de televisión e letrista dun grupo musical de pop-rock do que o seu irmán era o cantante. No C.R.A de Ribadumia, realizamos moitas actividades ao redor da súa figura e, queremos ensinarvos algunhas delas:
Traballamos a data das letras galegas e o nome e apelido do escritor ao que se dedica este ano.
O seu lugar de nacemento, e a importante estación de ferrocarril que ten esta cidade-
32
Cada neno escribiu o seu nome, apelido e data de nacemento para comparala coa de Lois Pereira
Aprendemos os nomes dos seus pais e irmáns, averiguamos que traballou na cristalería do seu pai e que estudou na Escola Oficial de Idiomas e, descubrimos que fundou a revista Loia xunto co seu irmán Xosé Manuel, e os escritores Antón Patiño e Manuel Rivas
33
Averiguamos que enfermou por comer un alimento en mal estado e, que tivo unha amiga que se chamaba Piedad a que lle escribiu un diario que lle enviou por carta.
Da súa Poesía última de amor e enfermidade, traballamos un fragmento do seu poema Revisando os danos.
34
A PRENSA NA ESCOLA Durante este curso, nenos e nenas de Leiro, continuamos introducindo a prensa na aula mediante a realizaci贸n de diferentes actividades. Localizamos diferentes xornais e traballamos a lectoescritura, buscando os t铆tulos e escrib铆ndoos n贸s mesmos.
Identificamos aqueles que traballamos na aula:
Incluso empregamos os xornais para buscar letras e formar as palabras:
35
Descubrimos que tamén se pode traballar o xornal a través do Encerado Dixital Interactivo. Foi moi divertido porque fixemos diferentes actividades:
Asociamos os títulos as portadas
Resolvemos crebacabezas
Buscamos palabras agochadas
Atopamos parellas
...e é así, como aprendemos xogando e xogamos aprendendo.
36
SAIMOS NA PRENSA A Voz de Galicia volveu a visitar, un ano máis, o noso centro para facer unha reportaxe fotográfica de todas as actividades medioambientais que realizamos, coa financiación da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, a través do seu programa de Voz natura.
37
Visita ao concello de ribadumia
Visita ao monte do castro
38
Aula de música A toupa furona, a lagarta pintada e a rá Carlota foron as nosas mascotas este ano.
Ola a todos! Elas ensináronnos unha chea de cancións e bailes… Mirade como bailaron os nenos!!
Tamén asistimos nu-
nha das excursións
a un concerto de Mamacabra.
E o grupo Alecrín fíxonos bailar e cantar coa súa presenza na festa dos Maios.
39
english
HELLO!!
Este curso estreamos mascota. Chámase MONKEY e xuntos pasamos ratos moi divertidos. Axudounos a aprender as cores, os números, as partes do corpo,..e moitísimas cousas máis.
Participamos en moitos dos proxectos do cole. Traballamos o conto “The Princess and the Dragon”e coloreamos estas bonitas máscaras converténdonos en auténticos dragóns.
Viaxando polo espazo visitamos un fermoso planeta onde vivían uns especiais amigos que nos ensinaron un baile moi divertido.
40
Traballamos dúas fábulas “The Hare and the Tortoise” e “The Milkmaid”.
Aprendemos cancións, xogamos cos ordenadores e a pizarra dixital e aínda nos quedou tempo para algo máis. Mirade algúns traballos dos peques!
OINK, OINK!!!!
BYE, BYE.!!!
41
Audición e Linguaxe Estoume a preguntar… ¿Que será iso de Audición e Linguaxe?
Pois é un programa de estimulación e prevención de posibles dificultades da linguaxe oral. Para dicilo dunha maneira máis sinxela, en AL facemos diferentes actividades que nos axudan a pronunciar ben, expresarnos correctamente, coñecer mellor todas as letras… ¿Queredes coñecer algunhas destas actividades?
Aprendemos poesías...
...contamos contos...
...os máis grandes, xa len soliños!!!
42
¡¡Estes nenos fan as letras de marabilla!!
É moi fácil. O estou explicando moi ben. ¡Veña, tedes que adiviñar!
Xogo dos oficios
¡¡Somos leóns!! Grrrr
¡Que ben o fai este
Tamén facemos exercicios de soplo. ¡¡Isto si que é divertido!!
Martiño! ¡Ohhh, José Antonio semella un peixe globo!
43
Un ano máis nas clases de psicomotricidade fixemos un pouco de todo. Debido ao mal tempo tivemos que realizar moitas das sesións dentro das escolas. Isto limitou moitos as cousas que se podían facer, pero pasámolo moi ben.
44
O traballo dentro dedicouse a facer circuitos, traballar nas colchonetas, realizar equilibrios, xogar con globos, zancos...
E tam茅n, facer dende a psicomotricidade, a nosa aportaci贸ns aos proxectos, plantexando diferente tipo de xogos con papel de xornal.
45
Durante o primeiro trimestre do curso, os cativos de tres anos aprenderon como se chaman as partes do ordenador: cal era a súa imaxe, como era o seu nome e para que se empregaba. Estes traballos serviron de recordatorio para os maiores, xa que algúns esqueceran o seu nome.
Unha vez que xa lembrábamos as partes do ordenador, a cousa complicouse un pouco, xa que tiñamos que localizar o nome do debuxo, entre una mestura de palabras. Non foi doado… pero o fixeron moi ben.
46
O traballo práctico cos cativos comezou coa aprendizaxe do manexo do rato. Para isto empregamos diferentes programas de estimulación do movemento como son os de limpar debuxos, estoupar globos, mover os ollos dun boneco, pasar o rato por riba de diferentes figuras para escoitar o son…
Cos maiores xa comezamos a aprendizaxe do CLIC e o DOBRE CLIC dos botón do rato, o que nos permite abrir e pechar xanelas, acceder aos diferentes programas ou xogos, apagar o ordenador...
O seguinte paso foi CLICAR E ARRASTRAR. É un paso máis complicado xa que é unha mestura dos dous anteriores. Grazas a el podemos arrastrar figuras ao seu sitio, facer caras, asociar un número a un debuxo...
47
Dende as clases de informática tamén participamos no diferentes proxectos que se desenvolveron este curso. Dentro do proxecto de MIRÓ, aproveitamos as cinco cores que empregaba este pintor, para facer os nosos AUTORRETRATOS. Para realizar o traballo utilizamos a PDI como soporte, xa que facilita á tarefa de debuxar ao pintar eles mesmos coas súas mans, sen necesidade de empregar un rotulador.
Os resultados foron moi bos. Aquí podedes ver aguns exemplos..
48
Traballamos tamén os xornais. O profe de Informática realizou una serie de actividades co programa JCLIc relacionadas cos que eles teñen máis acceso ou lles resultan coñecidos.
Aínda que non aparecían como proxecto, este ano tivemos eirugas de seda na escola. Grazas ao proxector e a pantalla, puidemos seguir en directo a eclosión dunha eiruga de seda do seu ovo, e facer o seu seguimento ata converterse nunha bolboreta. Foi espectacular!!
49
Aprendemos tamén a diferenciar figuras xeométricas: cadrados, rectángulos e triángulos. Semella que tamén podemos aprender xogando, e eso nas clases de informática o sabemos moi ben. Velaquí están as imaxes:
Para rematar, tamén coñecemos os diferentes navegadores que podemos empregar para acceder a internet. Na rede existen moitas páxinas adaptadas a cativos que resultan una fonte inesgotable de recursos. Eles xa saben onde facer dobre clic para entrar en INTERNET...
50
SAÍDAS Este curso foi moi animado e fixemos numerosas saídas. A nosa primeira visita foi ao museo e a biblioteca municipal de Pontevedra.
Gustounos moitísimo o estadio de Pasarón onde sentímonos como futbolistas famosos. E despois a cantar con Mamá Cabra.
51
Antes das vacacións de Nadal visitamos un precioso belén elaborado por un veciño do concello. Grazas por compartilo con nós.
No mes de marzo viaxamos ata A Coruña e fomos visitar o acuario.
52
Os maiores do cole asistimos a obra de teatro titulada “ Cando chove e raia o sol”. Despois os bombeiros do Salnés explicáronnos moitas cousas interesantes sobre o seu traballo.
Visitamos unha panadería e participamos nun obradoiro de contos onde debuxamos uns animais chulísimos.
53
Na biblioteca de Ribadumia un titiriteiro contounos un conto acompañado pola música da súa guitarra. Aproveitamos a mañá para visitar o auditorio, os muíños de Batán e o club de piragüismo.
E para rematar o curso visitamos o planetario da Coruña.
54
No xornal vimos que no Monte do Castro moi preto da escola de Leiro, estaban traballando arqueólogos e desenterrando un castro. Nas aulas deci-
dimos comezar a investigar sobre como eran estas construcións e ir a visitalas. Por medio do monte hai una pista forestal e tras un agradable paseo chegamos á escavación. Os monitores explicáronnos como era a vida dos seus habitantes, os obxectos que atoparan e como facían para protexelo. Se queredes saber máis cousiñas sobre os castros e os seus habitantes os recomendamos “Os Bolechas queren saber como é un castro” e “Os Bolechas queren saber como vivían no castro do Trega”.
55
A NATUREZA NA NOSA ESCOLA Os mestres e alumnos do C.R.A de Ribadumia vimos traballando dende hai varios anos na recuperación das zonas degradadas do entorno da nosa escola, para tratar de melloralo e que adquira un aspecto máis agradable e bonito co noso xardín e invernadoiro. A nosa intención, é que os nosos alumnos teñan a posibilidade de experimentar coa natureza, descubrindo as relacións e dependencias que temos con ela e, que poñan en práctica actitudes e hábitos de coidado e responsabilidade medioambiental. Este curso realizamos moitas actividades, e queremos mostrarvos algunhas delas:
Traballamos as partes da planta, o seu proceso de crecemento, os tipos de folla...
56
Sementamos bulbos, flores, verduras…, no invernadoiro e no xardín
Cando medraron as leitugas, fixemos con elas unha receita: “Rolo de biscoito recheo” Como as demáis verduras non chegaban para repartir entre os nenos decidimos que cada semana, por sorteo, un ou dous alumnos de cada aula levarían unha para casa. A nosa intención era que todas as familias puideran probalas
57
Como o noso xardín é un recurso transversal, tamén decidimos traballar outro tema que consideramos de vital importancia: A alimentación Así, iniciamos un proxecto sobre os alimentos a través do que aprendimos: os nomes dalgunhas froitas, verduras e legumes, a procedencia dalguns alimentos, cales son bos e malos para os dentes, que froitas se dan en cada estación do ano, comidas do día e as súas horasos nomes das tendas onde se mercan, a importancia do leite e os produtos que se fan con el...
58
Tamén construimos a nosa pirámide de alimentos
Fixemos un proxecto sobre Cesar Manrique, artista español que loitou pola defensa dos valores medioambientais. Nel traballamos:
O seu nome e apelidos
59
O seu lugar de nacemento e as súas profesións
Observamos algunhas das súas obras, e centrámonos nos seus Xoguetes do vento
Entre todos, decidimos facer “Xoguetes do vento” para o noso xardín e traballamos os nomes dos materiais que facían falla para a súa creación MÓVIL DE FLORES
60
Mテ天IL DE CUNCHAS
E, asテュ quedaron os nosos Xoguetes do vento no xardテュn
61
62
Plantamos patacas e, decidimos realizar un proxecto sobre elas. Para o seu desenvolvemento decidimos utilizar como punto de partida o conto: “Os bolechas queren saber como é a pataca de Galicia” A partires de aquí, empezamos a traballar e investigar: cales son as partes da súa planta, como se chama o seu froito, como é a súa flor, que tipo de folla ten, cal é a súa orixe, nomes que se lle da noutros lugares, de que cores pode ser a súa pel, como medra e cales son os seus inimigos
RECEITA Este ano, coas leitugas do noso invernadoiro, fixemos unha riquísima receita a que puxemos por nome: “Rolo de biscoito recheo” Os ingredientes que utilizamos foron: Base de biscoito Unha leituga Queixo de untar Xamón cocido Atún Os pasos para a súa elaboración foron: Collimos a leituga no invernadoiro e lavamos as súas follas
Troceamos a leituga en anacos pequeniños
63
Estendemos, o queixo de untar, enriba da base de biscoito
A continuación o xamón cocido e a leituga
E por último o atún
Para o recheo tamén podedes utilizar outros ingredientes como: salmón, paté, xamón serrano, tomate, maionesa...Ou tamén, facer un rolo de biscoito dulce utilizando: amorodos, platanos, marmelada, chocolate, nata...
64
Ă hora da merenda, probalo todos
Despois, na aula, traballos o nome da receita e o dos seus ingredientes
65
Este curso puxemos en marcha un obradorio de cociña os venres. Ao principio, como eramos pequerrechiños, custábanos moito escribir as notas para lembrarnos de traer os ingredientes, manipular os alimentos sen comelos antes de tempo, manexar os utensilios necesarios... Pero, pouco a pouco, fomos aprendendo a comportarnos como auténticos cociñeiros á vez que nos familiarizábamos co abecedario e aprendíamos bos hábitos alimenticios. Case todas as receitas e as fotos están colgadas no noso blogue, pero para aqueles que non teñan conexión á rede aquí vai una pequena mostra:
66
No C.R.A de Ribadumia, creamos uns graciosos bonecos aos que lles medra o pelo e, puxémoslle por nome “Cespiños”. Se queredes facelos necesitades:
Unha media curta
Terra
Sementes de céspede
Fío para atarlle as orellas e o nariz
Pintura de dedos para os ollos e a boca
Un vaso de plástico e unha maceta
Os pasos a seguir para a súa elaboración son:
Introducir as sementes na punta da media
Engadir a terra ata acadar o tamaño de boneco que se desexe
Para o nariz e as orellas, coller cos dedos un pouco de media con terra e atalo
Para os ollos e a boca pódese utilizar pintura de dedos, botóns
Para que medre o pelo, hai que poñelo nun vaso con auga e ir mollando, de cando en vez, a zona da cabeza onde están as sementes de céspede
¡MIRADE CANTO LLES MEDROU O PELO!
67
As nenas e nenos de 4-5 anos da Escola de Ribadumia, estivemos aprendendo moitas cousas sobre Joan Mir贸.
Foi Escultor, Pintor e Gravador.
68
E como nós tamén somos uns artistas así quedaron as nosas pinturas de Miró.
AMENCER
O OURO DO AZUL
ORIXINAL
AZUL II
Velaquí as nosas réplicas da escultura de Miró: Dona i Ocell –1983
DESEXAMOS QUE VOS GUSTASE O NOSO TRABALLO!! 69
CONVIVENCIA O día 26 de maio , as cativas e cativos maiores do C.R.A. fomos ao CPI Julia Becerra Malvar, para coñecer un pouquiño como será o noso futuro cole. Pasámolo fenomenal, fixemos un montón de cousas: Comezamos con algo de vergoña pero co xogo de presentación e coa cantidade de cancións que cantamos, enseguida nos animamos.
Ata nos presentaron a súa mascota “Pinto”
Máis tarde, a mestra de 1º de primaria e algúns dos seus alumnos léronnos contos e ensináronnos as dependencias do centro. B I B L I O T E C A
AULA DE MÚSICA
E A SÚA AULA
70
Despois de merendar e xogar un pouquiño no seu patio, marchamos ao concello, onde nos agardaba unha sorpresa…..
…..pois SÍ!, convidáronnos a asistir a unha rolda de prensa deportiva, e tiñamos que estar moi caladiños, porque a cámara estaba gravando.
Antes de irnos, a alcaldesa recibiunos moi amablemente no seu despacho:
FO I
UN DÍA MO I
DIV E
RT IDO
o
n ...troula r a t a m re E para parque.
71
ANIVERSARIOS! Como pasa o tempo! Crecemos rapidísimo! Xa pasou outro ano… e aquí temos algunhas das fotos dos noso pequenos.
Receita da TARTA DE CHOCOLATE: Ingredientes:
Modo de preparación:
72
Utensilios:
73
la voz de la
escuela É O SUPLEMENTO, ADICADO EXPRESAMENTE Á COMUNIDADE ESCOLAR, QUE PUBLICA LA VOZ DE GALICIA CADA MÉRCORES CON INFORMACIÓN DE INTERESE PARA ENTENDER O PERIÓDICO E ORIENTACIÓNS SOBRE COMO ENFOCAR AS NOTICIAS DENDE UN PUNTO DE VISTA PEDAGÓXICO. ELABORADO POR PERIODISTAS, PEDAGOGOS E ESPECIALISTAS EN DIFERENTES ÁREAS, CELEBROU NO 2007, O SEU 25 ANIVERSARIO.
ESTE SUPLEMENTO CONTA CUNHA SECCIÓN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA QUE CADA MES TRATA UN TEMA DE INTERESE NA EDUCACIÓN DOS MÁIS PEQUENOS. ATOPAREMOS CONSELLOS NO APARTADO: COMO AYUDAR DESDE CASA E DATOS, ALGUNHAS CLAVES , BIBLIOGRAFÍA, PÁXINAS WEB E CONTACTOS RELACIONADOS CO TEMA NO APARTADO ESCUELA DE PADRES
NA PÁXINA WEB www.prensaescuela.es, NO APARTADO DE SUPLEMENTOS, HAI UN BUSCADOR QUE PERMITE CONSULTAR
74
FESTIVAL FIN DE CURSO “O verán, o verán, o verán, xa está aquí! Por fin rematou o curso para celebrar este gran día. Puxémonos mans á obra e decidimos amosar as nosas mellores dotes artísticas ao noso prezado público. Nun mundo máxico de príncipes e princesas, con zapatiños de cristal e madrastas malas, malísimas, adentrándose os nenos de Lois, poñendo en escena: ”A cincenta”...luces, cámara, acción!
Un desfile de vogais ofrécennos os nenos de Sisán, quen con moito ritmo e ganas de diversión, interpretaron a canción “ La marcha de las letras” Ata O Courel leváronnos os rapaces de Leiro, escenificando unha versión moderna dun conto popular, a base de preguntas e respostas rimadas:”A princesa do Courel” E montando un rifi-rafe de cores, os rapaces de Ribadumia interpretaron a obra titulada “A controversia das cores” cun bonito decorado, alegre e floral.
75
MOI MAL POR... Moi mal por…, os que romperon os plásticos do noso invernadoiro. Xa que foi creado co traballo e esforzo de: Os mestres. Que fixeron o Proxecto de Voz Natura polo que nos concederon os cartos para mercalos. O Concello. Que nos mandou os operarios para a súa construción. Os nenos. Que traballan nel plantando verduras e quitando as malas herbas.
Moi mal por…, os que rompen as ventás e outros elementos das nosas instalacións. É necesario que todos aprendamos a respectar os espazos comúns e o dereito de todos ao seu disfrute.
76
PASATEMPOS Imos voando a buscar as 5 diferenzas. ¿Seredes capaces de atopalas?
¿Qué será, será…? Redondo, redondiño, estou todo o día quentiño, pola noite póñome a soñar e polo día a brillar.
Se non te queres arrefriar, cando chove tes que o levar, aberto, ben abertiño, tápoche todo o corpiño.
77
Teño moitas ganas de xogar, pero teño un problema, non atopo o camiño ata os meus xoguetes… ¿Axudádesme rapaces?
78
79
80