SUMARIO Aula de Leiro Aula de Lois Aula de Ribadumia 3-4 anos Aula de Ribadumia 4-5 anos Aula de Sisán Picasso Samaín Concurso de postais de Nadal Nadal Día da PAZ Cartas de Félix Calendario Poético Semana da prensa Saímos na prensa Entroido Saídas Tradición oral Os maios Día das Letras Galegas XII + I Salón do Libro Música Psicomotricidade English Audición e Linguaxe Informática A Natureza na nosa escola A nosa biblioteca Día da Árbore Día da Auga Cociña connosco Así o fixemos Consellos para os pais Recomendacións literarias Convivencia Festival fin de curso 2011 Os premios dos nosos alumnos Moi mal por Pasatempos
DAVID
ROCÍO
LUCÍA
ÁNGELA
AARON
ALEX
BRAIS
ABRAHAM
MATEO
UXÍA
RODRIGO
MAEL
DIEGO
FELIPE
IRENE
MARIÑA
LUCAS
CARLA
ADRIÁN
MARIÑA
IVÁN
ROI
RUBÉN
VÍCTOR
SABELA
BRAIS
YAGO
DANIELA
ALBA
PABLO
LAURA
SERGIO
NICOLE
VÍCTOR
ADRIÁN
NOA
NICOLÁS
AQUÍ ESTAMOS OS NENOS VIAXEIROS DA ESCOLA DE SISAN, PERO ALGÚNS NENOS NON ESTABAN O ANO PASADO. A VER SE OS ATOPADES...
IRIA LIDIA SAÚL MENCÍA ISIDORO VÍCTOR ALBA JORGE
XEILA MANUEL CLAUDIA ADRIANA DANIEL CARMELA ALBERT
Os nenos e nenas do C.R.A durante este curso, descubrimos a vida e a obra de Pablo Ruiz Picasso.
Os nenos e nenas investigaron sobre el e a súa obra:
Foi un pintor e escultor do movemento de:
Emprega materiais coma o xornal para as súas obras
A súa obra clasifícase en diferentes etapas:
COLLAGE
O ARLEQUÍN
O NENO DO POMBIÑO
XA SABEMOS MOITAS COUSAS DESTE GRAN ARTISTA
E como todos os anos, chegou a nosa data favorita: Samaín, a festa máis terrorífica do ano, onde meigas , pantasmas e monstros reúnense para pasalo : DE MEDO!
e
E se hai alguén que saiba pasalo de requetemedo, ese é, sen lugar a dúbidas , O CRA DE RIBADUMIA, onde os aquelarres, as pocións os conxuros pasan a formar parte das nosas clases . Contamos contos de medo, cantamos cancións…
Na festa, degustamos doces típicos das datas, grazas á boa disposición das nais dos nen@s, E ao final da mañá, irrumpiu na sala a bruxa máis mala de todas as bruxas: a bruxa PATUXA, quen co seu libro de encantamentos, tentou converter a un pai un coello; algún dos nenos asustáronse, porque Patuxa tiña unha nariz enorme, cunha verruga que daba moitísimo noxo e unhas unllas verdes que asustaban enormemente.
FELIZ SAMAÍN A TOD@S
CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL Un ano mĂĄis,os alumnos do C.R.A de Ribadumia, volveron a participar no concurso de Postais de Nadal organizado polo concello de Ribadumia. Como todas foron moi bonitas, queremos ensinarvos algunhas delas:
Unha das postais gaĂąadoras foi a de Atenea da aula de Ribadumia de 3 anos
Este ano, o Nadal, tróuxonos a visita do Apalpador! É a primeira vez que nos visita e estivemos investigando sobre a súa historia. O apalpador é un pastor mangallón e bo, que, co seu abrigo cheo de remendos e a grandes zancadas, percorre Galicia enteira.Durante o ano fabrica carbón, vive dos froitos silvestres, caza xabarís, recolle mel e fai aparecer, coas pólas dos bosques e fragas, os xoguetes que as madeiras agochan. O 31 de decembro baixa aos pobos, visita aos nenos casa por casa e déixalles como obsequio castañas quentes e divertidos agasallos de madeira.
Este ano fixo unha parada no noso cole o día do festival para darnos un agasallo por adiantado! Cada aula preparou unha actuación para festexar este día… Lois bailou “Na casa da miña avoa” e Sisán cantou “Rodolfo el reno”,
Leiro coa canción “Buscando unha estrela” convertíronse en pitiños, gatiños e peixiños!. E os pequerrechiños de Ribadumia cantáronnos a “Panxoliña de todo o ano”. A pesar do brote de varicela que fixo estragos na aula de Ribadumia 4-5, fixeron a canción de “O Nadal” coa axuda dos nenos e nenas de outras aulas que se prestaron voluntarios e o fixeron moi requeteben!
Bo Nadal a todos e todas!
PAZ LIBERDADE
AMIZADE
O 3O DE XANEIRO CELÉBRASE O DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA. UN DÍA PARA LEMBRAR O QUE TEMOS QUE UNIÓN PRACTICAR TODO O ANO:
SOLIDARIEDADE
RESPECTO AMOR
Este curso, baseándonos neste conto da escritora Annette Langen, realizamos unha viaxe por diferentes países do mundo. Da man de Félix, a lebre de peluche de Sofía, coñecemos Londres, París e Roma. Cada cidade espertou tanto interese nos cativos que dos seus monumentos pasamos á gastronomía, desta ás tradicións, á vestimenta, aos personaxes máis destacados, á historia … Navegamos polo río Támesis en Londres e paseamos no London bus,
montamos en vespa en Roma, limos xornais franceses… Fixemos mapas, realizamos
murais, creamos recunchos temáticos, deseñamos desfraces, aprendemos palabras noutras linguas, vimos vídeos, escoitamos música, memorizamos cancións…
LOGO DE ACHEGARNOS Á POESÍA DE ROSALÍA DE CASTRO O 24 DE FEBREIRO, DÍA DO ANIVERSARIO DO SEU NACEMENTO, CO GALLO DO DÍA DA POESÍA, O 21 DE MARZO, MERGULLÁMONOS NO MUNDO DOS VERSOS. DA MAN DE POETAS E POETISAS COMO ROSALÍA DE CASTRO, CARLOS FONTES, EM ILIO PITA, GLORI A SÁNCHEZ,… CADA ESCOLA FOI ARGALLANDO UN CALENDARIO POÉTICO QUE NOS ACOMPAÑARÁ NAS NOSAS CASAS MES A MES O VINDEIRO CURSO 2012-2013.
AQUÍ TEDES UN DOS POEMAS DO LIBRO POEMAS CON PIRULETA, DE CARLOS FONTES E ILUSTRADO POR LEANDRO LAMAS, CONVERTIDO EN CALENDARIO E CUNHA PEQUENA HOMENAXE ÁS NOSAS MAMÁS NO MES DE XUÑO. DESCENDENCIA A PORCA TIVO 10 BACORIÑOS A COELLA TIVO 9 COELLIÑOS A RATA TIVO 8 RATIÑOS A GALIÑA TIVO 7 POLIÑOS A GATA TIVO 6 GATIÑOS A CADELA TIVO 5 CANCIÑOS A CERVA TIVO 4 CERVATIÑOS A OVELLA TIVO 3 AÑIÑOS A VACA TIVO 2 XATIÑOS A MULLER TIVO 1 MENIÑO
SEMANA DA PRENSA Este curso, os nenos de Lois quixemos atrevermos, non só a traballar co xornal, senón ir máis aló. Facíanos ilusión converternos en xornalistas por un día e así o fixemos. Distribuímos as sección entre o alumnado e acompañándoa dunha foto, debían elaborar a nova relativa a devandita sección. O resultado foi moi satisfactorio e, dado cunha imaxe vale...
máis que mil palabras, aí vai O NOSO XORNAL. Ah! Esquecíaseme dicir que este traballo non podería facerse sen a inestimable colaboración dos pais e nais. Grazas.
PARABÉNS, XÓVENES XORNALISTAS
SAÍMOS NA PRENSA Ao longo deste curso saímos na prensa por varios motivos...
No primeiro trimestre saímos na prensa visitando o Belén articulado dun veciño de Ribadumia, Francisco Oliveira, máis coñecido por “Chuco”, ante o interés dos pequenos por coñecer un dos Beléns máis impactantes da localidade.
O Ministerio de Educación recoñeceu a labor da comunidade docente do CRA de Ribadumia, que a ao longo do curso impulsou un bo número de actividades que vinculan a biblioteca con distintos aspectos do día a día. Obtuvo o terceiro premio no “Concurso Nacional de Buenas Prácticas para la Dinamización e Innovación de las Bibliotecas Escolares”.
O día 12 de marzo os nenos do CRA visitaron as instalacións do Estadio Municipal de Pasarón. Foron 80 nenos de entre 3 e 5 anos acompañados dos seus profesores, que disfrutaron, xogaron co balón dos futbolistas do Pontevedra e non quedou ningún anaco do céspede sin pisar marcando moitos goles.
Este ano o noso festival de entroido xirou arredor do libro “Cartas de Félix”. Como xa é tradición, durante a semana do entroido fixemos o xogo de “O meco manda”. Os seus mandatos fixéronnos rir e pasalo moi ben: pintar as unllas, pintarnos un bigote, traer algo na cabeza... O día do festival foi un percorrido polas viaxes da lebre Félix... Había os Napoleóns de Francia, os pintores chegados de París, os beefetear de Londres e ata keniatas chegados de África! Cantamos, bailamos e ata fixemos un desfile polos arredores de Leiro! Vaia público tivemos!
Este ano tamén fomos convidados a visitar o belén máis famoso de Ribadumia. Cada ano está máis bonito. GRAZAS POR COMPARTILO CON NÓS!!!!
Aproveitando a visita ao Salón do Libro e como os máis peques do cole todavía non o coñecían , volvemos visitar o estadio de Pasarón. Gooool!!
Que ben o pasamos en Apípolis! Obradoiros,visita ao apiario,xogos,xantar xuntos,….Unha maneira moi especial de despedir o curso.
TRADICIÓN ORAL Como todos os anos no CRA de Ribadumia traballamos cos máis pequeños a tradición oral dun xeito moi divertido, xa que aprendemos moito xogando, cantando e recitando. Mirade todo o que fixemos! RECITADOS POPULARES
LINDOS POEMAS
XOGOS DE MANS
E XOGOS TRADICIONAIS
Que ben o pasamos!
DÍA DAS LETRAS GALEGAS O 17 de maio, celebramos o día das Letras Galegas. Este ano 2012, a persoa homenaxeada foi o avogado, político galeguista, empresario, poeta e xornalista Valentín Paz Andrade. O noso colexio este curso, por primeira vez, participou no concurso convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística para a elaboración dunha exposición sobre a obra, época e lingua deste autor. Aínda que non resultamos gañadores, a través de “Valentín Paz Andrade:Galicia e o Mar” quixemos amosar o esforzo e a creatividade levados a cabo polo profesorado e alumnado deste centro para plasmar en 10 carteis aqueles acontecementos máis salientables da vida e obra de Valentín Paz Andrade. Aquí tedes tres dos carteis presentados e fotos da súa confección:
Nas aulas tamén estivemos realizando moitas actividades para traballar os acontecementos máis importantes da súa biografía e algunhas das múltiples facetas que desenvolveu. Aquí tedes unha pequena mos-
O seu nome e apelidos
Os nomes dos seus pais e o lugar onde naceu
Algunhas das profesións que exerceu
O nome da súa muller e o seu fillo
Quen foi un dos seus mellores amigos e que libros de poesía escribíu
Algúns dos xornais nos que publicou artigos
Este curso volvemos participar no Salón do Libro, que este ano estivo adicado ás supersticións. Así que puxémonos a investigar as crenzas populares sobre boa e mala sorte : o número 13,as ferraduras,os gatos negros,os espellos rotos, as plantas,as bruxas,...Todo esta información quedou plasmada nuns libriños que nos quedaron moi ben. E pensando, pensando onde podíamos colocalos, decidimos que o mellor sitio era unha escaleira que pintamos de moitas cores. E para que vixiara aos nosos contos,puxemos a un fermoso gato negro.
E por fín chegou o día da visita! Subimos no bus e cando chegamos, alí estaba esperando por nós, ORBIL a mascota do salón.
Participamos en distintos contacontos.
E despois visitamos a exposición.
Este ano, a mascota da aula de música foi COCO. Aprendimos cancións, bailes, coñecimos instrumentos, compositores, e ata a escoitar o silencio,,, Grazas á lebre Félix e ás súas viaxes aprendimos canción en francés, inglés e italiano! Pero sobre todo, rimos e pasámolo moi ben!
Nas clases de psicomotricidade durante este curso, realizamos moitas e diferentes actividades. Moitas delas estiveron condicionadas polo tempo, pero ata a chuvia, permitiunos descubrir novos xogos que non coñecíamos.
Fixemos xogos no campo...
...no pavillón de Sisán...
...e dentro das escolas.
Coa chegada de a Londres, soubemos que no ano 2012 celebraranse, nesa cidade inglesa os XXX Xogos Olímpicos. Comezamos a buscar información e descubrimos...
Que a bandeira dos aros olímpicos ten 5 cores que representan a todos os países do mundo…
Na aula de Ribadumia 3 anos fixemos os nosos aros olímpicos.
...que todas as olimpíadas teñen unha mascotas e as de Londres son…. Mandeville Wenlock
...que nas olimpíadas practícanse deportes tan diferentes como... Bádminton
Balonmano
Fútbol
Hípica
Kárate
Buscamos entón un deporte olímpico que puideramos practicar na escola. Moitos quería aos cabalos...outros as bicis….outros o karate… Foi unha decisión complicada pero comezamos polo…
ATLETISMO Primeiro traballamos os lanzamentos. Lanzamento de peso
Lanzamento de disco
Lanzamento de martelo
Lanzamento de xavelina
Despois traballamos as carreiras de velocidade e de relevos
Tamén celebramos o día do PEÓN. Fixemos un concurso de decoración de peóns, aprendemos os diferentes nomes que se lle da en Galicia, como se chaman as diferentes partes e, o máis importante, intentamos aprender a bailalo.
Os días de chuvia en Ribadumia descubrimos que tamén podíamos xogar con CHAPAS: decorámolas, aprendemos a lanzalas e xogamos con elas no chan.
Para rematar o curso puidemos facer na escola de Sisán e na de Lois unhas xornadas de xogos con PATINETES. Tiñamos de dúas rodas, de tres, con cestiños diante, con freno detrás… pasámolo moi ben e, os cativos queren repetir.
Xa pasou outro curso e este ano tamén fixemos moitas cousiñas e aprendemos moitas palabras novas. Estivemos en Londres buscando a Félix e aproveitamos para visitar a cidade: Buckingham Palace, London Eye, Big Ben,.. Celebramos Halloween,Christmas,Easter, o día da Paz, o día da prensa ,...
E tamén disfrutamos con moitos contos. HANSEL AND GRETEL
MY NOSE
DELICIOUS!
THE UGLY DUCKLING
THE GINGERBREAD MAN
AUDICIÓN E LINGUAXE Outro ano máis, en Audición e Linguaxe, os pequenos do CRA de Ribadumia intentamos falar cada vez mellor. Para iso facemos diferentes actividades como poden ser exercicios de soplo ou praxias (movementos da lingua e da boca).
Cantas pompas de xabón!!
Ademáis disto tamén desenvolvemos o “Taller de linguaxe”, onde repasamos todas as letriñas e falamos e falamos para aprender a expresarnos mellor.
Contamos bonitos contos.
Tamén facemos actividades de audición cun xogo moi divertido. Poñemos a radio, miramos moi atentos as láminas e a adiviñar...que son se está a escoitar?
Este ano en informática, os nenos e nenas de 5 anos xa traballaron co procesador de texto WORD e foron os encargados de escribir algunhas das notas utilizadas para informar da festa de Magosto e de subir algunha noticia ao blog da Escola de Lois, como fixo Irene.
Fixemos unha chea de LIM´s relacionados coas festas e celebracións e con libros da biblioteca que servíronnos para traballar na pizarra dixital mentras o pasábamos moi ben!
Os meniños/as de 3 anos aprenderon a escribir as partes do ordenador…
...e cales son…
Reforzamos tamén os proxectos que desenvolveron as titoras nas aulas...
Aproveitando que o mestre de psicomotricidade traballou o peón nas súas clases, en informática traballamos os nomes do peón nos idiomas dos países nos que estivo Félix…
A NATUREZA NA NOSA ESCOLA Os mestres do C.R.A de Ribadumia estamos moi sensibilizados cos problemas medioambientais, por isto levamos varios anos traballando para que os nosos alumnos tomen conciencia do seu medio natural e da importancia de coidalo e conservalo. A través desta experiencia, tamén pretendemos: potenciar as habilidades manuais nos nenos, promover o traballo en equipo establecendo quendas nas tarefas do xardín, enriquecer a súa expresión e sensibilidade artística e desenrolar comportamentos responsables respecto á natureza. Aquí tedes algunhas das actividades que realizamos para traballar todos estes aspectos:
Coñeceron os nomes e as normas de utilización das ferramentas e aparellos necesarios para realizar as tarefas do xardín e invernadoiro.
Como o 2011 foi “O ano internacional dos bosques”, fixemos un proxecto sobre “as árbores”. A través del, os nenos puideron coñecer os seus nomes, se eran de folla caduca ou perenne, o tipo de folla, o nome do seu froito… As árbores que traballamos foron: o carballo, o castiñeiro e a sobreira.
Para decorar o peche do patio, da sede do C.R.A, fixemos unhas “xardineiras recicladas” utilizando botellas de plástico de auga. Nelas plantamos sempre vivas e surfinias.
No xardín plantamos violas, cebolas, ciclamen, prímulas, amorodos, margaridas, berza decorativa… e no invernadoiro leitugas, asa de cántaro, porros, repolos.
Cando xa podemos levar a cabo a colleita das verduras, como non hai para todos os alumnos, facemos sorteos entre os nenos das distintas aulas.
Contos de bruxas, o Apalpador e os seus xoguetes de madeira, o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra e o mundo das supersti-
cións, o xardín da poesía, Rosalía de Castro, Don Quijote de la Mancha… foron moitos os proxectos e actividades que no transcurso do ano puxéronse en marcha dende a biblioteca escolar.
Todo isto sen esquecer o empréstito de libros, as mochilas viaxeiras, a busca de información, a sistematización do seu uso, as guías de lectura, a formación nas normas de colocación dos libros… Todo este traballo tamén tivo o seu recoñecemento ao concedernos o Ministerio de Educación terceiro premio no Concurso Nacional de boas prácticas na xestión e dinamización das bibliotecas escolares.
DÍA DA ÁRBORE O 21 de marzo, foi o día da árbore.
Na nosa escola, estivemos falando da súa importancia e da cantidade de servizos que prestan á vida e ás persoas: purifican o aire, contribúen a regular as choivas, protexen o chan… Para conmemorar este día: ● Cada aula plantou unha árbore froiteira
PEREIRA
FIGUEIRA
MACEIRA
MANDARINO
● Os
CERDEIRA
nenos inventaron lemas cos que lembrar a todos a importancia de coidalos e protexelos.
Entre todos os mestres eliximos o mellor “lema con debuxo” e imprimímolo en pegatina para que o puideran levar todos os alumnos as súas casas.
DÍA DA AUGA O 22 de marzo, foi o “Día Mundial da Auga”.
Baixo o lema “Auga e seguridade alimentaria”, a ONU quixo lembrarnos a todos que a auga é vital para acadar unha seguridade alimentaria mínima, sobre todo nas poboacións que dependen do sector agrícola. Na nosa escola, estivemos traballando cales son as cousas que podemos facer para aforrala, usala con responsabilidade e axudar a que outras persoas a poidan ter nas súas vidas.
Mestres e nenos, queremos animar a todas as familias a que leven á practica os consellos que, a través deste libriño, recomendamos para que todos xuntos poidamos contribuír a non malgastala.
Tortas de aniversarios, comida italiana ou francesa, doces típicos de Entroido,
sobremesas con froitas, iogur ou xeado… Pouco a pouco imos atrevéndonos con case todo.
Ao principio cociña sen lume, logo engadimos o torrador, despois a tixola e pase-
niño, fomos incorporando ingredientes e sabores para ir educando o noso paladar e adquirir
hábitos saudables. ¡Bo proveito!
ASÍ O FIXEMOS Con moito agarimo fixemos o noso traballo das nais traballadoras. 1. Recortamos un corazón para a mellor nai do mundo coa nosa foto. 2. Adicamos unha fermosa poesía: “Miña nai, miña naiciña” 3. Fixemos un debuxo da nosa nai.
4. Pintamos unhas flores de bonitas cores. 5. Que felices estamos xunto a nosa nai!
6. E para rematar o noso agasallo puxemos uns encuadernadores e un papel de celofán vermello.
FELICIDADES NAIS!!
CONSELLOS PARA OS PAIS OS NENOS E A RECICLAXE Saber reciclar todos os residuos, respectar o medioambiente e coñecer que podemos facer para preservar a nosa natureza, son algunhas das grandes ensinanzas que nos, os pais, podemos pasar aos nosos fillos. Só así eles medrarán coa mentalidade de que é necesario loitar e facer cada un a súa parte para salvar e conservar o noso planeta. O día 17 de maio celébrase o Día Mundial da Reciclaxe. Pero máis que celebracións, son necesarias boas actitudes. A partir dos 3 anos os nenos xa poden aprender a separar os residuos. Ao principio, a ensinanza comeza nas casas co exemplo que dan as familias. Se, dende pequeno, o neno observa o coidado e o hábito de separar os materiais (vidro, cartóns, plástico, etc.), tamén compartirá o mesmo comportamento despois. ¿Por qué temos que reciclar? É necesario explicar, paso a paso, aos niños por qué temos que reciclar. Necesitan saber o por qué das cosas para poder facelas. Teñen que entender que a reciclaxe existe para evitar a destrución do noso medioambiente. Exemplos: 1.Papel. Para fabricar unha tonelada de papel hai que utilizar entre 10 e 15 árbores, 7800 quilovatios/hora de enerxía eléctrica e unha gran cantidade de auga. Ao reciclar o papel, reduciremos a tala das árbores, aforraremos enerxía eléctrica e auga. Ademais, protexeremos a animais como os insectos e os paxaros, que dependen moito das árbores para vivir.
2.Vidro.O vidro pódese reciclar xa que está feito de area, carbonato de cal e carbonato de sodio, que son materiais que requiren moita enerxía para a súa fabricación. Para fundir vidro desechado é necesaria menos temperatura que para fabricalo con materia prima virxe.
3.Aluminio. Pódese encontrar aluminio nun mineral chamado Bauxita. Para extraelo e procesalo e preciso unha importante cantidade de enerxía eléctrica, mentres que si se obtén aluminio reciclándoo, aforraríase case un 95% da enerxía.
Para todos aqueles que, ao igual que o noso amigo Félix, desexen viaxar polo mundo para coñecer outras cidades e costumes, aquí lles deixamos estás recomendacións. Mi primera Lonely Planet “Grandes secretos para pequeños viajeros”. Nova colección para nenos onde se narran relatos curiosos e feitos fascinantes da xente, os lugares, a historia e a cultura das cidades máis apaixonantes do planeta: Londres, París, Roma e Nueva York. “Guía de viaje para niños”. Me mola viajar.com, Ediciones Gaesa. Para que os pequenos gocen da viaxe dun xeito máis activo á vez que aprenden: historia, costumes, idiomas... Son guías actualizadas onde poderán ler un cómic ou pegar as súas fotos. Con alegres ilustracións o autor móstranos os aspectos máis destacados de cada unha das cidades que integran esta colección de El Patito Editorial. “Soñando ciudades”, da Editorial Nórdicalibros, é unha sorprendente colección coa que percorrerás as principais cidades do mundo. Cada libro está ilustrado
por un artista dife-
rente
e, ademais,
todas as páxinas
son
desprega-
bles.
Un ano máis os nenos e nenas de 5 anos do CRA fixemos unha xornada de convivencia no CPI Julia Becerra Malvar, para coñecer aos que serán os seus compañeiros o curso que ven e tamén saber como é o seu futuro cole. A xornada comezou moi cedo, nas paradas do autobús que terán que coller os nenos para ir a escola.
Cando chegamos ao cole, xuntámonos cos nenos de cinco anos do CPI na entrada da súa escola e fomos a visitar as aulas de primeiro...
...e a nosa compañeira NOA, leunos un conto a todos.
Despois visitamos diferentes zonas do cole. Estivemos no…. XIMNASIO
BIBLIOTECA
AULA DE MÚSICA
Despois de exercicio co paracaídas e de cantar coa mestra de música, fomos merendar ao comedor do cole. Tomamos moitas lambetadas, galletas, zumes, auga…
Unha vez que recuperamos as forzas, fixemos una andaina ata o Concello no que puidemos entrar no salón de plenos e fomos recibidos por Salomé, a Alcaldesa do Concello de Ribadumia. Moitos nenos aproveitaron para pedirlle cousas como: máis parques, “tubos”para os parques, tobogáns de auga...
Para rematar a convivencia, estivemos xogando no parque que está xunto ao Concello. Despois voltamos au cole e collemos o autobús de volta para casa. Foi un día moi divertido e o pasamos…. XENIAL!!!
FESTIVAL FIN DE CURSO 2011 Xa está aquí o verán, xa está aquí a calor, rematou o cole, a tripiña ao sol.
Cantos días sen cole, para xogar ao balón, comemos enormes xeados e horchata de limón.
Para comezar o día con forza fixemos actividades e xogos moi divertidos. Algunhas nais colaboraron connosco. E despois de tanto xogo...
Menuda comilona! Todos os nenos trouxeron merenda para compartir. Estes cativos estaban mortos de fame...
Pero antes de marchar de vacacións...disfrutamos das actuacións dos nenos e nenas do CRA!!
A aula de Lois representou a obra chamada “Dez Piratas” de Gloria Sánchez. Merecían un Óscar.
Os rapaces de Ribadumia de 3, 4 e 5 anos bailaron “As abelliñas de San Miguel”.
A aula de Leiro escenificou unha cantiga de Mamá Cabra chamada “De que cor?”.
Os nenos da escola de Sisán bailaron “Dancing Queen” de Abba. Que guapos estaban!
E para rematar...
...cantamos todos xuntos co profe Rafa
e fixemos unha conga!!!!
una Conites L e 2 01 1 i l V a a d e a Aten tais n o pos s r u mia) c c on badu i a R r o e d d (gaña cello
Vícto r Váz quez G (gañad onzále or c on z curso d e lemas bre as soárbor es)
rcía sta ría Ga a m a eriodi t p n a r o S l l Lucas ao me curso n o c o il) emio d infant (3º pr
Sabido é de todos que as escolas son lugares onde se aprenden infinidade de cousas, unhas moi divertidas, algunhas un pouco menos e outras realmente aburridas, pero en definitiva, todas de sumo interese para o desenvolvemento dos nosos cativos. Sabido é tamén que os adultos somos o espello onde se miran cada día eses pequenos, que tentan imitarnos en todo o que facemos. Polo tanto, está moi claro que unha actitude adecuada pola nosa parte, vai repercutir directa e positivamente sobre eles. Como docentes e responsables, en gran parte da educación dos nosos alumnos, entristécenos enormemente o aspecto no que atopamos o recinto escolar da aula de Lois, os luns a primeira hora da mañá: restos de “botellón” ante a porta de entrada: Vasos, latas, botellas, cristais, pipas… Xuventude, que a diversión está moi ben, pero seguro que hai infinidade de lugares moito máis axeitados que unha escola para disfrutar da noite. Por conseguinte, este curso a medalla de MOI MAL POR… é para os xóvenes que confunden a escola cun lugar de copas.
BUSCA A QUEN PERTENCE ESTA SOMBRA.
ILUSIÓNS ÓPTICAS, QUE VES? HAI UNHA SEÑORA CUN SÓ DENTE QUE FAI CORRER NO MEU POBO A TODA A XENTE
AXÚDALLES A ESTES NENOS A ATOPAR O NOSO COLE.
ALBA
IVÁN
ÁNGELA
SAÚL
LIDIA
BRAIS
VÍCTOR
LUCÍA
DIEGO
VÍCTOR
MENCÍA
IRENE
FELIPE
ALBA
ISIDORO
ROI
ADRIÁN
IRIA
NOA
ABRAHAM
NICOLÁS