Crónicas Especial Covid19. Maio2020

Page 1

oroso

Páx. 12

Pesar pola morte de José Daniel Liste, primeira Insignia de Ouro do municipio

C RÓ N I CAS Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 75 - Especial COVID-19

ESPECIAL CORONAVIRUS

A solidariedade, o mellor remedio contra a COVID-19


CRÓNICAS - ESPECIAL COVID-19

2

Actualidade CERCEDA O Concello adquiriu 12.000 máscaras cirúrxicas, que se suman ás 1.700 doutras administracións

Cerceda, un dos primeiros municipios en crear unha comisión de seguimento O Concello de Cerceda foi un dos primeiros municipios en reaccionar diante da crise sanitaria, pois o luns 16 de marzo xa celebrou a primeira comisión municipal de seguimento da evolución do COVID-19. Unha iniciativa presidida polo alcalde, Juan Manuel Rodríguez, quen dende o primeiro día deu cabida nela aos líderes dos grupos da oposición, ademais da concelleira de benestar social, o concelleiro de vida saudable, o xefe da policía local, un representante de protección civil e dúas persoas traballadoras do Concello de Cerceda. Unha forma de sumar forzas dende o primeiro momento. A primeira preocupación foi garantir as necesidades básicas da veciñanza, especialmente dos grupos máis vulnerables, e á seguridade cidadá. Así, dende Benestar Social se levou produtos básicos e menciñas a persoas maiores dependentes sen redes de apoio, mantendo o servizo de axuda no fogar para aquelas familias que o solicitaron. No eido da seguridade cidadá, reforzáronse os traballos de limpeza e desinfección da vila, sendo un dos poucos municipios en facerse cun canón de ozono. Segundo a OMS, o orzono é o desinfectante máis eficiente para os coronavirus como o COVID-19. Para a protección da poboación, o Concello adquiriu 12.000 máscaras cirúrxicas, que se suman a outras 1.700 que achegaron outras administracións e que foron entregadas a domicilio por Protección Civil.

Cerceda mercou un canón de ozono para a desinfección de vehículos, material e interior de inmobles

CERCEDA O residuo convencional aumenta un 2,51%

A reciclaxe de envases lixeiros no modelo Sogama medrou un 25,33% durante marzo e abril

A veciñanza mantivo o seu compromiso coa reciclaxe durante o confinamento

Tras unha análise da evolución da recepción de residuos no Complexo Medioambiental de Sogama en Cerceda durante os meses de marzo e abril de 2020, a xeración do residuo convencional (bolsa negra) nos fogares galegos incrementouse nun 2,51%, (de 124.835,77 toneladas ás 127.970,03 toneladas). E iso a pesar de que os servizos de hostalería e un bo número de comercios se viron obrigados a pechar co gallo do

decreto do estado de alarma. A maior producción de refugallos tivo lugar durante a segunda semana de confinamiento debido, explican dende Sogama, á profunda limpeza que as familias fixeron na súas casas. Pola súa banda, a bolsa amarela subiu das 4.219,83 toneladas recollidas durante os meses de marzo e abril de 2019, ás 5.288,86 toneladas en 2020, cifra que se traduce nun incremento do 25,33%.


CRÓNICAS - ESPECIAL COVID-19

3

PUBLICIDADE


CRÓNICAS - ESPECIAL COVID-19

4

Actualidade CERCEDA

CERCEDA Deixará de tratar estes residuos antes de que remate o mes de maio

O Concello anuncia a suspensión da Festa do Cochiño, prevista para a última semana de xullo

Sogama xestiona máis de cincuenta toneladas de residuos sanitarios

O Concello de Cerceda confirmou a suspensión da tradicional Festa do Cochiño, prevista como todos os anos para a última fin de semana do mes de xullo. Aseguran dende o consistorio que “este ano, a situación xerada polo COVID-19 non garante as condicións sanitarias para poder celebrar a xuntanza”. Así mesmo, convocan dende xa aos veciños e veciñas do municipio para que “en xullo do 2021 nos xuntemos, comamos, bailemos e disfrutemos con máis ganas ca nunca”.

CERCEDA

A Policía Local felicitou os cumpreanos aos menores de 12 anos Para intentar compensar un pouco o estado de confinamento no que moitas nenas e nenos estaban vivindo os seus aniversarios, o Concello de Cerceda puxo en marcha unha medida pola cal a Policía Local encargouse de felicitarlles o día con música e dirixíndolles tamén unhas palabras dende a megafonía. A iniciativa tivo como destino a nenos e nenas de ata 12 anos de idade e celebrouse entre as 12:00 e as 13:00 horas, coordinada polos Servizos Sociais municipais.

CERCEDA

Recollida solidaria de produtos de alimentación, aseo e hixiene O Departamento de Benestar Social e Igualdade do Concello de Cerceda organizou durante a pandemia do coronavirus COVID-19 unha recollida de alimentos non perecedoiros (conservas, aceite, marmeladas, pasta...) mediante carros solidarios colocados nos diferentes establecementos alimentarios do municipio. Así mesmo, recolléronse produtos de aseo e hixiene tales como compresas, desodorante, papel hixiénico, limpadores e champús.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, avanza que o Complexo Medioambiental de Sogama en Cerceda deixará progresivamente de tratar os residuos sanitarios (fundamentalmente buzos, máscaras, luvas e asimilables), pois o ritmo de produción dos mesmos acadou o seu punto máis álxido semanas atrás e, actualmente, estase reducindo de forma progresiva. Dende o inicio do seu funcionamento, Sogama xa leva tratado máis de 50 toneladas de refugallos sanitarios nesta nova planta, despois de que no mes de abril se lle encargara o tratamento de residuos sanitarios de baixo risco durante a pandemia do COVID-19, polo que se habilitou unha planta provisional de pretratamento de residuos sanitarios na que se trituran os mesmos e se acondicionan para a súa valorización enerxética a 850º C na planta termoeléctrica de Sograma. Manter a estrutura A conselleira aclarou que a previsión indica que as instalacións cercedenses xa non son necesarias para o tratamento dos residuos sanitarios galegos, polo que a a finais deste mes de maio se iniciará o seu desmantelamento. De todos modos, conservarase a estrutura e a liña de conexión coa planta termoeléctrica de Sogama, por se fose necesario reactivala de forma áxil nalgún momento se se producira un rebrote do virus. A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda visitou a principios de marzo as instalaciones de Sogama, acompañada polo presidente da entidade, Javier Domínguez Lino. Nestas instalacións definiuse un área específica para o pretratamiento de ata cinco toneladas diarias de residuos sanitarios, principalmente de máscaras, guantes e equipos de protección individual, onde se procedeu á súa trituración e acondicionamento para que puideran ser destruidos na planta termoeléctrica a temperaturas superiores a 850ºC, garantindo así a eliminación de patóxenos e outros elementos nocivos. Con esta medida, a Xunta de Galicia foi quen de dar unha solución a un residuo antes anecdótico e que, a causa da crise sanitaria do COVID-19, estivo moi presente na vida dos galegos e galegas durante os dous últimos meses.

Ángeles Vázquez visitou as instalacións de Sogama xunto a Javier Domínguez

Unha media de 5 toneladas/dia Desde o 21 de abril, Sogama recibe unha media de 5 toneladas diarias de residuos sanitarios de centros adscritos ao SERGAS para darlles o mellor tratamento posible: a valorización enerxética a temperaturas superiores a 850ºC, propiciando a destrucción de patóxenos e outros elementos nocivos. Para facelo, Sogama executou unha adaptación técnica no complexo cercedense, habilitando unha instalación de pretratamento onde estes residuos son triturados e acondicionados para alimentar posteriormente as caldeiras da planta termoeléctrica. A fin de evitar contaxios, o presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, explica que esta actividade se leva a cabo de forma independente á liña de xestión dos residuos urbanos, dispoñendo para iso de persoal externo, que incluso se rexe por horarios distintos aos do resto dos traballadores do complexo, usan vestiarios diferenciados e non comparten zonas comúns. En todo caso, Domínguez Lino advirte que se trata de residuos sanitarios de clase II e algúns de clase III, cun moi baixo risco de infección, estando conformados fundamentalmente por elementos de protección tales como guantes e máscaras. Os de clase IV, é dicir, os citotóxicos e citostáticos, así como como os de clase

Javier Domínguez Lino, presidente de Sogama

V (outros residuos perigosos), seguen o seu propio itinerario desde os centros dependentes do SERGAS ata os correspondentes xestores autorizados. Domínguez subliña que, se ben a xestión dos residuos sanitarios non figuraba no obxecto social de Sogama, recurriuse a ela porque estaba preparada tanto desde o punto de vista industrial como técnico para asumir este cometido. “Somos unha empresa pública ao servizo de Galicia; non podemos nin debemos mirar cara outro lado, e tampouco podemos permitir que unha ineficiente xestión dos residuos sanitarios incremente aínda máis a problemática de saúde pública derivada do COVID-19”, ao que engade que “os galegos encontrarán sempre en Sogama unha aliada”.


CRÓNICAS - ESPECIAL COVID-19

5

PUBLICIDADE


CRÓNICAS - ESPECIAL COVID-19

6

Actualidade FRADES A maiores ofrece máscaras cirúrxicas á veciñanza

Frades entrega un “kit” con máscaras, xogos e lambonadas nas casas O Concello de Frades repartiu máscaras reutilizables a todas as persoas adultas e cativas empadroadas no municipio, que recibiron nos seus domicilios. O alcalde, Roberto Rey Martínez indica que “se houbo algún erro no reparto e algunha persoa ou vivenda quedou sen máscara, non ten máis que chamar ao 981 695 567 e achegarémoslla ao seu domicilio”. Persoal municipal entregou nas 700 vivendas co municipio un paquete que incluía: unha máscara de tripla tela reutilizable para cada persoa adulta, información sobre como utilizar e desinfectar esa máscara, un folleto informativo sobre o coronavirus e un segundo folleto con pasatempos. A maiores, nas vivendas onde había nenos ou nenas, tamén se lles entregou unha máscara de tela de cores reutilizable doada pola Mancomunidade de Ordes, un folleto con

pasatempos para a cativada e unha bolsa de lambonadas, “como premio polo ben que o están a facer durante estas semanas de confinamento”, apunta Rey Martínez. A maiores, o Concello de Frades comprou outras 1.000 máscaras cirúrxicas de un solo uso, que están a disposición dos veciños e veciñas que as necesiten para coidar dun familiar enfermo ou para ir a unha consulta médica ou hospitalaria. “Unhas máscaras que mercamos, sobre todo, para o persoal do servizo de axuda do fogar, que están coidando dos nosos dependentes e realizando unha gran labor que é digna de eloxiar sempre, pero aínda máis nestes momentos”, sinala o alcalde de Frades. Estas máscaras poden recollerse na casa consistorial e, aquelas persoas que non poidan desprazarse, poden chamar ao 981 695 567 e achegaranllas a casa.

Paquete entregado polo Concello de Frades en todos os fogares do municipio

FRADES

FRADES

O Concello adquire 7 portátiles con Internet para o alumnado do CPI de Ponte Carreira

Xogos, cociña e exercicio físico para facer dende a casa

O Concello de Frades entregoulle ao CPI de Ponte Carreira sete portátiles con conexión a Internet, que foron repartidos entre o alumnado do municipio que carecía de medios para acceder á educación a distancia. Unha achega feita polo concelleiro de Ensino, Manuel Ferreiro, quen explica que “con esta medida pretendemos que ningún neno ou nena quede atrás mentres

dure esta crise do coronavirus”. Estes sete ordenadores únense aos tres achegados pola Xunta de Galicia, de forma que todos os nenos e nenas do municipio contan con medios telemáticos para continuar coa súa formación dende a casa. A maiores, o Concello realizou reparto a domicilio de material escolar e ten aberto un sistema de impresión dos deberes.

O Concello de Frades foi un dos municipios máis activos da comarca a través do Facebook. Ademais de manter puntualmente informada á veciñanza das novidades e informacións de interese durante a corentena, dende o Concello se promoveron distintas iniciativas dirixidas a ofrecer unha alternativa de ocio tanto para cativos como para persoas adultas.

O máis novidoso foi “Mini chef na casa” onde, a través da empresa Vagalume Ocio e Tempo Libre, os nenos e nenas elaboraron magdalenas, ovos de pascua, pizzas e filloas doces. Dende o principio da corentena, Frades compartiu co Concello de Ordes o programa conFITnamento e nos últimos días organiza concursos de preguntas sobre o municipio.


CRÓNICAS - eSPeCIAl COVId-19

7

ACtuAlIdAde

FRADEs FRADEs Continúa coa limpeza e desinfección de lugares públicos de todo o municipio

Axuda aos colectivos vulnerables desde o primeiro día da corentena O mesmo día no que o Goberno de España decretaba o estado de alarma, o Concello de Frades poñíase a disposición das persoas maiores, persoas que vivan soas, dependentes e familias con dificultades económicas que precisaran axuda durante o confinamento para evitar a propagación do coronavirus. De feito, ao anunciarse o estado de alarma durante unha fin de semana, tanto o alcalde, Roberto Rey, como o tenente de alcalde, Manuel Ferreiro, puxeron os seus móbiles a disposición da veciñanza. Unha axuda que se traduciu nunha entrega de alimentos entre as familias máis necesitadas do municipio, en colaboración coa Cruz Vermella de Ordes. Pero tamén en que persoal municipal se encargou de ir comprar medicamentos e produtos de primeira necesidade a todos os ve-

a pouco, van recuperando a normalidade, tamén cos servizos de podoloxía, fisioterapia e perruquería a domicilio, reactivados coa aplicación da Fase 1.

O Grupo CercedaSol colaborou de forma altruísta na limpeza de contedores

ciños e veciñas que así o solicitaron. Un servizo que sigue operativo, agora dende os Servizos Sociais que, pouco

lIMPEzA E DEsInFECCIón Finalmente, o Concello de Frades continúa cos traballos de limpeza e desinfección do exterior dos establecementos abertos ao público no municipio (farmacias, entidades bancarias, supermercados, tendas...), así como o centro de saude e os contedores do lixo. Así mesmo, repartiu equipos de protección individuais en todos os locais que estaban abertos ao público: máscaras, guantes, xel de mans, pantallas protectoras...para a protección das persoas que están a atender estes establecementos.

Termómetros de infrarroxos para o centro de saúde O Concello de Frades colaborou co estudo epidemiolóxico do Sergas para coñecer a situación do coronavirus achegando unha carpa para facer os test e mercando dous termómetros de infrarroxos para o centro de saúde de Ponte Carreira, que permiten medir a temperatura da persoa dunha forma máis hixiénica e segura. As 34 probas realizadas deron negativo.

FRADEs

Atención especial para as mulleres do rural Atención psicolóxica, asesoramento xurídico, apoio nos trámites por Internet, informacións e orientación de recursos de traballo, orientación laboral... son algúns dos servizos gratuitos ofrecidos ás mulleres de Frades de forma totalmente gratuíta durante a corentena, dentro do Programa Neneiras coa ONG Mestura.

CRÓNICAS

Sé guenos!!! fa c eb o o k .co m / C r ó ni c a s - C o m a r c a - d e - O r d e s


CRÓNICAS - ESPECIAL COVID-19

8

Actualidade MESIA

MESIA

Próxima reapertura da biblioteca municipal

Reapertura dos servizos de Podoloxía e Fisioterapia

O Concello de Mesía vai poñer en marcha durante esta semana a Biblioteca Municipal, se ben baixo unhas condicións un pouco especiais debido as circunstancias actuais. Para solicitar libros haberá que chamar ao 699 453 750 ou enviar un mail a casadacultura@concellodemesia.gal, dicindo os libros nos que se estea interesado. O horario para pedir os libros será de 9:30 a 13:30 horas. Os libros poderán recollerse ao día seguinte, de 10:00 a 12:00 horas. Un horario que tamén servirá para a devolución dos libros prestados, que se poderán deixar nunha caixa á entrada da biblioteca.

MESÍA

Luís Vallecillo ofrece o seu libro “Cantamos?” a través da Internet O artista Luis Vallecillo achegou ao Concello un enlace para descargar o libro “Cantamos?”, que recolle contos e cancións ilustradas, apoiados con pictogramas, para compartir coas familias do municipio. “Un agasallo para facer estes días na casa un pouquiño máis entretidos, unha pequena aportación para darlles máis recursos ás nais e pais que están facendo tamén todo e máis por levar esta situación o mellor posible”, explica Vallecillo. O libro aínda está dispoñible en: https://lvallecillo.com/ es/cantamos-quedate-en-casa-2/.

MESÍA Os dous positivos detectados recuperáronse

O Concello realiza labores de desinfección nos espazos públicos Como parte do protocolo para frear a expansión do coronavirus, o Concello de Mesía está realizando a desinfección dos espazos públicos más concorridos do termo municipal. Os operarios recorren algúns dos lugares e puntos máis frecuentados do concello para executar as labores de desinfección conforme ás recomendacións do Ministerio de Sanidade. Durante o confinamento, estes traballos realizáronse nas cercanías da Casa Consistorial, dos centros médicos de Visantoña e Xanceda, nos supermercados, nas farmacias, nos bancos, nos estancos e, en xeral, nos establecementos que seguen abriendo as súas portas. Traballos que na Fase 1 se amplían a novos espazos.

Durante a pandemia, o Concello informou da detección de dúas persoas afectadas polo coronavirus COVID-19, unha mesmo chegou a estar hospitalizada, pero que afortunadamente se recuperaron totalmente. Servizos sociais Así mesmo, durante o estado de alarma o Concello de Mesía puxo en marcha un servizo de axuda a persoas que, por calquera causa, precisara dalgún tipo de axuda para adquirir produtos de primeira necesidade, mediciñas ou cita médica. Un servizo que podían solicitar chamando ao telefónos 981 687 001 ou poñéndose en contacto directamente cos Servizos Sociais no 981 687 238.

O concello de Mesía reabriu o pasado 11 de maio o servizo de Podoloxía e Fisioterapia, que deixou de estar operativo tras decretarse o estado de alarma. Unha reapertura na que terán prioridade as persoas maiores, dependentes ou con discapacidade. Así mesmo, o servizo a domicilio para casos de dependentes ou colectivos vulnerables ampliarase debido o COVID19. “Cremos que agora máis que nunca é preciso dar o máximo dos servizos posibles no concello e que a xente se desplace fora o menos posible”, explican dende o Concello. Durante a semana pasada concertáronse as citas que foran anuladas pola situación de emerxencia sanitaria. De todos modos, durante as próximas semanas se recomenda a petición de cita previa, a limitación de aforo e o uso de mascarilla protectora. Entre outras recomendacións, aconséllase acudir só, a non ser que o paciente sexa dependente; non levar pulseiras, colares ou pendentes metálicos; desinfectar as máns con xel hidroalcohólico na entrada e acudir con máscara. Tamén se aconsella manter a distancia de seguridade mentras non se realice a sesión ou, incluso, se é posible esperar fóra ou no coche, para así manter sala de espera só con unha persoa. Finalmente, dende o Concello piden a máxima puntualidade e non acudir ao servizo sen cita previa. Máis información:️ 981 687001.

MESÍA Repartíronse 200 máscaras da Mancomunidade

Máscaras de tipo cirúrxico a disposición da veciñanza

Máscaras cirúrxicas repartidas polo Concello de Mesía entre veciños e veciñas

O Concello de Mesía puxo a disposición dos seus vecinos e veciñas mascarillas de tipo cirúrxico triple capa con certificación CE para produtos sanitarios. Os veciños que precisaban deste material só tiñan que persoarse no edificio da Casa Consistorial, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Así mesmo, o Concello ofreceu un servizo de entrega a domicilio para aquelas persoas que non puideran desprazarse. Segundo fontes municipais, “o obxectivo desta medida é reforzar a seguridade da veciñanza que teña

que saír á rúa durante o período de confinamento”, lembrando que o uso da máscara “debe ser sempre complementaria ás medidas de distancia interpersoal, hixene de mans e hixene de espazos públicos e privados”. Solidariedade A maiores, o Concello repartiu outras 200 máscaras doadas pola Mancomunidade de Ordes e elaboradas por voluntarias procedentes do sector téxtil ordense. Un produto meramente hixiénico, non sanitario nin equipo de protección individual.


CRÓNICAS - ESPECIAL COVID-19

9

Actualidade MESÍA-FRADES Está prohibido deixar enseres fora das instalacións

MESÍA

O punto limpo de Frades-Mesía volve abrir as portas á veciñanza

O Concello ofrece servizo de impresión de tarefas escolares durante o confinamento

O punto limpo de Frades e Mesía reanudou o pasado 15 de abril a súa actividade co seu horario habitual: mércores, de 16:00 a 20:00 horas, e sábados, de 12:00 a 16:00 horas. Unhas instalacións que recollen tanto residuos comúns como voluminosos (mobles e electrodomésticos), materiais metálicos do fogar, papel, cartón, vidro, textil, plástico, bricks, latas e restos de pequenas obras como residuos especiais como disolventes, pinturas, vernices, pilas, fluorescentes, sprays, aceites e baterías, todos eles de uso doméstico. Ambos Concellos lembráronlle aos veciños e veciñas que precisen facer uso destas instalacións, que deberán cumprir as medidas de protección recomendadas durante este tempo de corentena polo coronavirus COVID-19: acudir unicamente en caso de necesidade, gardar a distancia de separación de 2 metros, utilizar luvas de protección...

O Concello de Mesia está a prestar dende principios de abril un servizo de fotocopiado das tarefas, deberes e material escolar para alumnos e alumnas de infantil, primaria, secundaria ou ensino superior do municipio. Unha iniciativa que o Concello tomou “en vista de que hai veciños e veciñas que nos manifestaron a dificultade para imprimir fichas ou tarefas escolares”. Para optar a este servizo, que sigue operativo e de balde mentres dure o confinamento, o único que hai que facer e enviar a tarefa a imprimir en PDF ao email: correo@concellodemesia.gal, poñen no seu asunto IMPRIMIR. A maiores hai que indicar o nome, teléfono e enderezo. Aínda que dende o Concello están a prestar o servizo ao maior número de xente posible, piden un uso responsable do mesmo.

O punto limpo ofrece o seu servizo no seu horario habitual de mércores e sábados

Aviso de sancións Os Concellos de Frades e de Mesía lembran que está totalmente prohibido deixar enseres fóra das instala-

cións do punto limpo. En caso contrario, procederase a presentar a correspondente denuncia para sancionar ás persoas que o fixeran.


CRÓNICAS - ESPECIAL COVID-19

10

Actualidade ORDES O Concello vén de completar o reparto de máscaras nas parroquias do rural

Ordes leva repartidas máis de 24.000 máscaras e desinfectado todo o municipio O Concello de Ordes vén de completar hai uns días o reparto de máscaras en todas as parroquias do municipio: máis de 24.000 máscaras, adquiridas na súa gran maioría polo Concello pero tamén achegadas pola Xunta (3.647) e a Deputación (1.865). En total, o Concello ordense mercou 4.900 máscaras cirúrxicas, 170 FFP2 e 13.360 máscaras hixiénicas reutilizables. Ademais de facer achegas á residencia de maiores, forzas e corpos de seguridade e persoal municipal, este material tamén está a disposición da veciñanza que o precise e que só ten que acudir á sede da Mancomunidade, en hroario de 9:00 a 14:00 horas. Desinfección Ademais da protección individual, a limpeza e desinfección de espazos públicos está a ser unha prioridade no municipio. Nos últimos días, o Concello vén de adquirir un aparato de desinfección por ozono, que se suma ao cedido gratuitamente por María Calvo Lavandeira para desinfección de vehículos oficiais e das vivendas onde estiveran confinados veciños e veciñas que deran positivo por COVID-19, así como dous equipos de control de temperatura. Todo isto súmase ás desinfección realizdas tanto por persoal municipal como polos equipos de maquintaria pesda da Demarcación de Estradas en Galicia, que actuaron no rueiro de Ordes e do Mesón do Vento, así como nas travesías da N-550 ao seu paso por Leira, O Conde, Merelle, Fonte Estrei, As Casillas, Guindibóo e Montaos.

A Demarcación de Estradas en Galicia realizou varias desinfeccións do rueiro de Ordes e as principais travesías do municipio

ORDES Clases impartidas de forma altruísta

O Concello pon en forma a media comarca durante o conFITnamento Á semana de iniciarse o confinamento, o Concello de Ordes puxo en marcha un programa deportivo parae poñer a punto o corpo e a mente dende a vivenda de cada un: o programa conFITnamento. Unha iniciativa que todos os días achegou aos veciños e veciñas de Ordes distintas actividades grazas á colaboración altruísta dos mellores profesionais do mundo do deporte local: Natalia

Raña Fuentes, Manuel García Otero, Adriana Sánchez Iglesias, Damián Martínez Sánchez, Alejandro Varela Raña, Johana Torres Torres, Ignacio López e o Centro Terapia Sanjurjo. Todos os días, as redes sociais ordenses enchíanse de propostas do máis variado: pilates, cardio, acrosport, rutinas para os maiores, ioga, aeróbic, hipopresivos, baile en familia, adestramento funcional... Unhas

As clases de conFITnamento poden seguirse a través da plataforma Vimeo

clases accesibles a través de Vimeo e o Facebook do Concello de Ordes, pero que pouco a pouco foron chegando a outros municipios como Fra-

des, que se abonou a todas as clases a través do seu Facebook, e de forma máis puntual outros municipios como Trazo ou Tordoia.


CRÓNICAS - ESPECIAL COVID-19

11

Actualidade ORDES Lamentan que dende o Goberno municipal non se dea respostas ás propostas que realizan

Toda a oposición pide unha mesa de diálogo para a reactivación económica Os grupos políticos de Unión por Ordes (UXO), BNG e PsdeG -PSOE da corporación municipal de Ordes solicitan a creación dunha mesa de diálogo na procura dun plan para a reactivación económica de Ordes. Aseguran que “estamos atravesando unha crise da que non imos saír con personalismos, imposicións ou vetos”. Neste sentido, alegan que a veciñanza de Ordes non entendería que os grupos políticos da corporación municipal non fosen quen de manter unha postura de unidade, diálogo, comunicación, participación, debate e peche de acordos. Por iso, solicitan a creación desta mesa de diálogo, composta por representantes de todos os grupos políticos da corporación, do comercio, da hostalería, do sector cultural, das pemes e das persoas autónomas de Ordes. E é que dende que o 16 de marzo o alcalde de Ordes creara a Comisión

Municipal de Seguimento do Coronavirus, o certo é que ofrece información puntualmente a través das Redes Sociais, máis non dá resposta ás distintas achegas realizadas polos grupos da oposición. Así, UXO ten solicitado a instalación de instalen fontes desinfectantes con xel hixienizante nas zonas máis transitadas da vila, que se activen cun pedal para non ter que utilizar as mans. Pola súa banda, o voceiro do BNG de Ordes, Pablo Vidal, lamenta que “seguimos sen saber a día de hoxe, que pensa facer o alcalde para tentar reactivar o comercio e a hostalería”. Os nacionalistas amosan a súa preocupación ante a “falta de iniciativa” do goberno de Ordes, ao cal lle remitiron varias propostas de actuación para “procurar axudar ao tecido hostaleiro, comercial e cultural do noso concello, mais recibimos a calada por resposta”.

O Concello de Ordes sumouse ao loito oficial decretado pola Xunta de Galicia


CRÓNICAS - ESPECIAL COVID-19

12

Actualidade

OROSO

Pesar pola morte de José Daniel Liste, primeira Insignia de Ouro do municipio O alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira, en nome da corporación local, funcionarios e persoal laboral de Oroso, manifestou as súas condolencias polo pasamento de José Daniel Liste Moscoso, que foi funcionario do Concello durante 42 anos. “Deixa unha fonda pegada entre os seus achegados, aos que lle enviamos unha agarimosa aperta”, asegurou Mirás. A corporación municipal mesmo gardou un minuto de silencio na súa honra na sesión plenaria extraordinaria de maio. José Daniel Liste Moscoso traballou como funcionario en Oroso entre os anos 1959 e 2001, tempo durante o cal tamén foi presidente da Asociación de Funcionarios de Réxime Local. Primeiro presidente da Asociación da Terceira Idade de Oroso, en 2011 foi recoñecido coa primeira Insignia de Ouro do Concello de Oroso polos seus 42 anos de traballo como funcionario.

OROSO

O PP doa ao SERGAS as dietas por asistencias a Plenos e Comisións O grupo municipal do Partido Popular, a través do seu Portavoz, Alex Doval, vén de anunciar que os catro concelleiros que o conforman doaron o que cobraron por asistencias a Plenos e Comisións Informativas dos últimos meses ao número de conta habilitado polo Servizo Galego de Saúde (SERGAS) para a loita contra o COVID-19. “Entendemos que toda axuda é pouca nestes momentos, a nosa é unha aportación humilde pero feita dende o mais profundo do corazón”, comenta Álex Doval. “Non deixaremos de reclamar medidas para paliar a crise que se avecina ao Goberno Local”, engadiu o voceiro do PP.

OROSO O Concello repartiu máscaras de protección en todos os fogares

Un camión quitaneves do Goberno axuda na limpeza viaria do municipio As tarefas de limpeza e desinfección que acometeron todos os municipios da comarca tiveron o seu culme en Oroso, onde ademais dos medios municipais tamén contaron cos servizos dunha máquina quitaneves do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana. Tras as xestións realizadas polo Concello de Oroso coa Delegación do Goberno en Galicia e a Demarcación de Estradas, o camión percorreu as rúas de Sigüeiro e viais e camiños das parroquias para nebulizalos cun producto desinfectante, unha medida máis para evitar os contaxios por coronavirus. Uns traballos que se complementaron cos realizados polo persoal de Protección Civil por todo o municipio. Así mesmo, o Concello repartiu máis de 13.000 máscaras entre a veciñanza: unha primeira quenda entre

Protección Civil encargouse de repartir preto de 14.000 máscaras entre a poboación

persoas maiores e colectivos vulnerables e dúas máis nos fogares. Unha actuación que se complementou co

reparto de 700 máscaras de tea de dobre capa para nenos e nenas de 3 a 12 anos.


CRÓNICAS - ESPECIAL COVID-19

13

Actualidade OROSO PP e Oroso Renovable piden axudas directas como as xa aprobadas por Tordoia para autónomos

O Concello estudará axudas aos negocios que tiveron que parar durante a pandemia O Concello de Oroso estudará, na súa comisión informativa especial de Contas, Facenda e Patrimonio, que medidas e axudas pode destinar aos negocios locais e empresas que tiveron que parar a súa actividade pola pandemia do coronavirus. Así o anunciou o alcalde, Manuel Mirás, tras a celebración dun pleno telemático solicitado polo grupo municipal do Partido Popular. Os populares solicitaban un amplo paquete de propostas como: sufragar en parte ou na súa totalidade as cotas da Seguridade Social das persoas autónomas e os alugueiros e custos fixos (auga, luz, lixo...) dos negocios que non puideran realizar a súa actividade durante o estado de alarma. Ademais, pedían que o Concello eximira aos negocios do pago da taxa do lixo durante 2020, que se desconten a parte proporcional dos meses pechados dos outros impostos municipais e

O alcalde, Manuel Mirás, durante a sesión plenaria telemática

o establecemento de axudas a familias en situación de vulnerabilidade por mor da pandemia. Unhas propostas que foron retiradas polo propio PP e que contaron

cun informe desfavorable por parte do servizo de Intervención do Concello. Porén, todos os grupos consensuaron que sexa a Comisión de Contas a que avalíe as medidas e axudas

RENDA 2019 XA COMEZAMOS COA CAMPAÑA DA RENDA 2019. CHÁMANOS AO TELÉFONO 981 688 900 E INDICARÉMOSLLE O MELLOR XEITO PARA FACERLLE A DECLARACIÓN, EVITANDO MOLESTIAS E DESPRAZAMENTOS INNECESARIOS

concretas, xunto cos servizos técnicos e xurídicos do Concello. Os socialistas de Oroso amosáronse dispostos “a consensuar medidas de apoio ao tecido empresarial local na comisión de Contas”, explica o seu voceiro, Antonio Leira, quen engade que “é bo coñecer os programas de axudas doutras administracións para ser complementarios”. Pola súa banda, o BNG cualificou as medidas propostas polo PP como “populismo, mentiras ou incopetencia”, sobre todo porque o Concello está “moi limitado en canto ás súas funcións polas leis aprobadas polo Goberno do PP no Estado Español”. Finalmente, Oroso Renovable coincidiu co PP á hora de anunciar que “achegaremos na próxima sesión da Comisión de Contas unha proposta de axuda semellante á do Concello de Tordoia, que apoiará ás súas pemes e autónomos con 500 euros”.


CRÓNICAS - ESPECIAL COVID-19

14

Actualidade OROSO Destacan os 120 dispensadores de hidroxel que se entregarán a todos os establecementos do municipio

O Concello reparte material de protección para o comercio local orosán O Concello de Oroso vén de repartir entre os establecementos comerciais do municipio que xa puideron abrir as súas portas ao público unha primeira remesa de cincuenta dispensadores de hidroxel, así como material de protección (EPI) como máscaras, luvas, batas e pantallas. O primeiro reparto fíxose hai uns días a través do persoal de Protección Civil e a intención do Concello de Oroso é que os dispensandores cheguen a todos os establecementos: comercios, supermercados, perruquerías, bares, restaurantes, etc. Nova achega Esta primeira quenda de reparto é de medio cento de dispensadores, pero o Concello agarda recibir outros 70 nas próximas datas, polo que ningún establecemento do municipio quedará sen o seu correspondente aparato. Uns dispensadores de xel hidroalcohólico que se poden situar na entrada, interior ou exterior, do establecemento e que ademais dispoñen dunha papeleira onde depositar as luvas ou calquera outro residuo, evitando así que poida chegar ás rúas do municipio. Así mesmo, dende o Concello de Oroso estase a estudar outras medidas para que todos os establecementos poidan abrir durante a Fase 1 coas medidas de protección e hixiene necesarias para preservar a saúde da veciñanza e dos traballadores e traballadoras do comercio local.

Abi Smeu e Anca Smeu

Humberto Armas e Sebastián Armas

Os primeiros cincuenta dispensadores de hidroxel xa foron repartidos entre os establecementos abertos no municipio

OROSO

OROSO

A música continúa soando nas Redes

Ionela Loredana confecciona e doa 120 pantallas de protección

A música foi unha das protagonistas desta corentena en Oroso. Non só polo reiterado “Resistiré” e outros himnos de balcóns, senon tamén polas distintas achegas que entraron nas vivendas dos orosáns a través da Internet. Ademais dos vídeos musicais da Escola de Música José Verea ou dos centros educativos, o Concello tamén organizou dous concertos de música clasica en streamming, nos que os asistentes puideron desfrutar dos violíns de Anca Smeu e Abi Smeu, primeiro, e de Humberto Armas e Sebastián Armas, despois.

Ionela Loredana entrega a Protección Civil as 120 pantallas de protección

A veciña de Oroso Ionela Loredana confeccionou un total de 120 pantallas de protección contra o coronavirus, indicadas sobre todo para as persoas que están atendendo ao público. Unhas pantallas que doou de forma solidaria ao Concello de Oroso e que foron distribuidas principalmente entre o pequeno comercio, para axudarlle a afrontar con garantías a desescalada. O Concello de Oroso agradeceu a achega, que foi recollida polo persoal de Protección Civil


CRÓNICAS - eSPeCIAl COVId-19

15

PuBlICIdAde

#EuMercoEnOroso Apoiando ao comercio local gañamos todos! !!

e d n e V o r i e #Sigu

co comercio local


CRÓNICAS - ESPECIAL COVID-19

16

Actualidade TORDOIA O Concello achegará 500 euros a aqueles profesionais afectados polo cese obrigatorio da súa actividade

Tordoia aproba un plan de axudas para autónomos afectados pola COVID-19 O Concello de Tordoia foi o primeiro da comarca en aprobar a concesión de axudas para autónomos e autónomas afectados por un cese obrigatorio da súa actividade segundo o R.D. 463/2020 do 14 de marzo. Unha iniciativa que forma parte dun paquete de medidas urxentes adoptadas polo Concello desde o inicio do estado de alarma e que supón unha axuda por importe de 500 euros, que será compatible con calquera outra achega concedida por entidades públicas ou privadas. Os veciños e veciñas que queiran acceder a estas axudas deberán presentar as súas solicitudes a través da sede electrónica do Concello de Tordoia ou a través do mail correo@tordoia.gal. A documentación a achegar pode consultarse na páxina web municipal: www.tordoia.es. As persoas beneficiarias deberán desenvolver a súa actividade no termo municipal de Tordoia e comporometerse a manter a actividade empresarial durante seis meses, pois do contrario deberá proceder a reintegrar a parte proporcional dos meses pendentes de cumprimento Servizos Durante o confinamento, o Concello puxo en funcionamento un servizo de impresión de deberes para todas aquelas familias que o precisasen para facilitar así as tarefas dos nenos e nenas. Un servizo dispoñible no mail correo@tordoia.gal e no teléfono 618 226 667 e que mesmo incluía a recollida e entrega do material a domicilio para evitar así desprazamentos. Así mesmo, durante a corentena o Concello de Tordoia tamén repartiu a domicilio material de protección. Parte deste material foi doado pola Xunta de Galicia e a Deputación, mentres que o Concello adquiriu 10.000 máscaras, 1.700 pantallas, EPIS (traxes de protección), luvas, líquido desinfectante… Un material co que se realizaron múltiples tareas de limpezas e desinfección dos lugares máis concorridos do municipio. Solidariedade Finalmente, o alcalde do Concello de Tordoia, Antonio Pereiro Liñares, agradece especialmente “a confección de mascariñas polos/as profesionais da costura de Tordoia e da Mancomunidade de Ordes, así como as aportacións realizadas por diferentes

O Concello de Tordoia está realizando tarefas de limpeza e desinfección dos lugares máis concorridos do municipio

empresas de forma totalmente desinteresada”. Finalmente, o alcalde tamén ten palabras de agradecemento para o

labor dos “profesionais sanitarios, transportistas, empregados de supermercados, farmacias, traballadores do concello... En definitiva, a toda esa

xente que está na primeira liña e fai que todo sexa un pouco máis sinxelo nestes difíciles momentos”, lembra Antonio Pereiro.


CRÓNICAS - ESPECIAL COVID-19

17

Actualidade TORDOIA

TORDOIA

O PSOE pide un Plan de Emprego para as persoas que perderon o seu traballo nesta crise

O BNG pide a celebración dun Pleno para adoptar medidas para a crise económica

O PSOE de Tordoia pide a reanudación dos plenos ordinarios, onde proporá a elaboración dun Plan de Emprego para todas as persoas que perderon o seu traballo durant esta crise sanitaria. “Todos sabemos que as consecuencias desta crise van ser devastadoras para moitas familias, polo tanto agora máis ca nunca hai que axudar para que ninguén quede atrás”, afirman os socialistas. Así mesmo, piden que os 200.000 euros que a Deputación vai destinar ao Concello (60.000 para persoal de axuda no fogar e 140.000 para obras e plans de apoio ao comercio) servan realmente para axudar ás persoas autónomas, pemes e desempregadas afectadas pola pandemia en Tordoia.

O BNG de Tordoia vén de pedir a celebración dun Pleno municipal xa que “esta crise do COVID-19 non é só unha crise sanitaria e social. É tamén unha crise económica, que xa sabemos que vai ser importante. Os Concellos, como administracións máis próximas á xente, están chamados a traballar para que afecte o mínimo posible á veciñanza”. Dende o BNG de Tordoia, que se puxo a disposición do Goberno local para colaborar na minoración dos efectos da crise, entenden que é necesario que os membros da corporación se reúnan en sesión plenaria, de xeito telemático ou presencial, para analizar a situación e para tomar medidas que axuden a reducir os efectos da crise.

TORDOIA Pesar tamén pola non celebración de sepelios

O Concello súmase ao loito oficial polas vítimas O Concello de Tordoia sumouse ao loito oficial decretado en Galicia polos milleiros de vítimas do coronavirus, ao tempo que fixo un especial re-

cordo para todos os veciños e veciñas que finaron ao longo do estado de alarma e non puideron ser despedidos como é costume.


CRÓNICAS - ESPECIAL COVID-19

18

Actualidade TRAZO

O PSOE pide a convocatoria dunha Comisión Plenaria para tomar decisións Os socialistas de Trazo piden a convocatoria dunha Comisión Plenaria do Concello para poder tomar de forma conxunta decisións e acordos de calado en beneficio dos veciños e veciñas de Trazo. “Agradecémoslle á alcaldesa que aceptara a nosa proposta de informarnos a todos os grupos municipais, pero nestas reunións non se poden tomar decisións, polo que é necesario convocar canto antes unha Comisión”, explica Beatriz Domínguez, voceira socialista. O PSOE de Trazo indica que ten moitas propostas para axudar aos negocios a reanudar a súa actividade, para decidir a que se destinan os 173.000 euros que a Deputación da Coruña achegou a Trazo para loitar contra o COVID-19, a acordar medidas de axuda á veciñanza, bonificacións de taxas... “Estamos no bo camiño para superar todo isto e temos que seguir actuando con sentidiño. Galicia acaba de pasar á Fase 1 e o Concello de Trazo non pode quedar quieto e sen facer nada. Hai Concellos na contorna, de distintos signos políticos, nos que se están facendo moitas máis cousas. E aquí todos os grupos municipais temos propostas que achegar para, xuntos, axudar a facer un Trazo mellor”, conclúe Domínguez.

TRAZO

O BNG lamenta a falta de datos oficiais por parte do Concello O grupo municipal do BNG lamenta que “levamos esperando todo este tempo de estado de alarma que nos dean datos oficiais da relación do material do que foi dispoñendo o Concello, tanto o doado por particulares, por outras institucións, coma o mercado polo propio concello”. Por iso, aproveitou a última reunión informativa coa alcaldesa para solicitar unha comisión oficial para afrontar os movementos que debe realizar o Concello urxentemente (tales como axudas a empresas e autónomos, á veciñanza en xeral, contratacións,obras urxentes... xa que, aseguran, “está todo moi parado”.

TRAZO Complementaron os traballos de limpeza e desinfección do Concello

Val do Dubra, todo un exemplo de cooperación entre municipios O Concello de Trazo amosou o seu agradecemento ao veciño municipio de Val do Dubra, así como ás persoas que integran a agrupación de Protección Civil, “o seu inestimable traballo na desinfección dos centros de saúde, das instalacións municipais e das zonas comúns máis transitadas do noso concello”, asegurou a alcaldesa, Josefina Suárez. De feito, durante esta crise sanitaria, o Concello de Trazo atopouse con serios problemas para acceder a material de protección. Así, as 6.500 máscaras encargadas para repartir entre a veciñanza chegaron con atraso o que, unido á ausencia dunha canle de comunicación oficial, ben a través do Facebook ou da páxina web, e á non convocatoria de reunións cos grupos da oposición, motivaron unha certa deisnformación entre os veciños e veciñas durante a primeira veciñanza. Medidas Iso non quita de que o Concello fose dos primeiros da comarca en poñer en marcha un Bono de Alimentos e Produtos de Hixiene ou en poñer en marcha un servizo de fotocopiado de material enviado polo profesorado do CPI Viaño Pequeno para aquelas

Protección Civil de Val do Dubra axudou nas tarefas de limpeza e desinfección

familias que non dispoñan dos medios oportunos. Un servizo que aínda está operativo mentres dure o estado de alarma e que se pode solicitar por teléfono (881 866 510) ou enviando un mail a cpi.viano.pequeno@edu. xunta.es. Finalmente, as máscaras chegaron e, unidas ás achegas de Xunta de

Galicia, Deputación da Coruña e de Mari Carmen Rodríguez Mosquera (á que se lle compraron 950 máscaras, das que doou 200), permitiron cubrir as necesidades dos veciños e veciñas do municipio. De feito, o Concello mesmo vén de rematar o reparto das máscaras de tea para os máis pequenos da casa.


CRÓNICAS - ESPECIAL COVID-19

19

Actualidade TRAZO O PSOE destaca que 136.000 € serán para reactivar a economía e o emprego

TRAZO

A Deputación achegará 173.000 € a Trazo para loitar contra o COVID-19

O Concello de Trazo lanza bonos para alimentos e produtos de hixiene básica

Trazo recibirá 173.000 euros da Deputación Provincial da Coruña para loitar contra o coronavirus COVID-19. Así o aprobou o Pleno Provincial, que achegará un total de 19 millóns de euros a apoiar os concellos coruñeses. Os socialistas de Trazo informaron de que estes 173.000 euros chegarán ao Concello a través do Plan Único (POS+2020). Desta cantidade, 36.431 € serán para gastos sociais extraordinarios derivados da COVID-19 (como a atención domiciliaria a maiores e dependentes ou a adquisición de equipos de protección individual). Os 136.569 € restantes destinaranse a financiar servizos básicos municipais e obras financeiramente sostibles que permitan reactivar a economía e o emprego Os socialistas de Trazo agradecen “o compromiso da Deputación cos

Sesión plenaria da Deputación Provincial, realizada de forma telemática

veciños e veciñas de Trazo, que contrasta coa indiferencia amosada pola Xunta de Galicia”. Así mesmo, solicitaron a convocatoria dunha Comi-

sión Plenaria na que participen todos os grupos políticos municipais e que poida decidir o destino deses 136.569 euros.

Ante a gravidade da crise social e económica producida pola pandemia do coronavirus COVID-19, o Concello de Trazo detectou un incremento no número de persoas en situación de vulnerabilidade social. Ante esta situación, o Concello quixo dar resposta a estes veciños e veciñas de cara a cubrir as súas necesidades básicas de alimentación e adquisición de produtos básicos. Con esta fin, o Departamento de Servizos Sociais puxo en marcha Bonos para Alimentación e Produtos de Hixiene Básica, enfocados a cubrir as necesidades esenciais daquelas persoas en situación de vulnerabilidade social. Estes bonos entréganse en supermercados municipais e poden solicitarse nos Servizos Sociais ou chamando ao 981 68 90 01.


CRÓNICAS - ESPECIAL COVID-19

20

xente dE aquí OROSO As compras terán lugar en establecementos do municipio para axudar ao comercio local

A Asociación de Veciños de Senra doa 1.740 € para alimentos e Protección Civil A Asociación de Veciños de Senra realizou unha doazón de 1.740 euros para axudar na actual crise sanitaria do Covid-19. Eduardo Veiras, vocal da asociación, explica que “1.200 euros serán en alimentos para os colectivos e familias máis vulnerables. E, ademais, a compra será en establecementos de Oroso para axudar ao comercio local”. Os outros 540 euros foron entregados á agrupación de protección Civil de Oroso, como mostra de recoñecemento polo seu intenso traballo durante o estado de alarma. “Eran cartos que tiñamos para unha sardiñada e unha excursión, que polas actuais circunstancias non podemos facer”, sinala Veiras, “polo que decidimos destinar o diñeiro a unha boa causa”. O Concello de Oroso agradeceu o xesto da asociación, así como as diferentes doazóns recibidas nas últimas semanas de empresas, colectivos e particulares.

FRADES

OROSO

Juan Carlos Ango leva alimentos e medicamentos gratis no taxi

EcoFrog doa un sistema de auga ozonizada para desinfeccións

Juan Carlos Ango, taxista de Ponte Carreira, ofreceuse de forma totalmente gratuíta no inicio da pandemia para levar alimentos ou medicamentos a calquera ve-

A xerente de EcoFrog Santiago, Aida Eitor, donou un sistema de agua ozonizada Avatar, que se emprega para a desinfección e a limpeza de interiores, a Protección Civil e Policía Local de Oroso.

ciño ou veciña de Frades que non tivera medio de transporte. Só era preciso chamalo ao 607 823 806. Unha iniciativa solidaria moi aplaudida pola veciñanza.

Trátase dun sistema de limpeza ecolóxico e limpo cunha innovadora tecnoloxía baseada en ozono, que garante uns traballos de desinfección sen ningún tipo de producto químico.


CRÓNICAS - eSPeCIAl COVId-19

21

xeNte de Aquí FRADEs

Jenaro Fieira Noya comparte coa veciñanza o seu libro “Gran recetario. Cocina de Casa”

oRDEs

Óptima Productos Agrarios doa líquido desinfectante A empresa ordense Optima Productos Agrarios, S.L. especializada na venda de producto químico, protagonizou un dos primeiros actos solidarios durante esta pandemia ao doar 1.200 litros de líquido axeitado para a desinfección das rúas dos concellos de Ordes, Frades, Mesia, Tordoia e Trazo.

Con esta doazón, a empresa está a “contribuir na medida do posible a paliar a difícil situación que estamos atravesando pola expansión do Covid-19”. En concreto, proporcionou producto químico para engadir a 1.500.000 litros de agua, e así poder desinfectar cos equipos municipais os principais espazos públicos.

O cociñeiro Jenaro Fieira Noya, mestre dos cursos de cociña organizados polo Concello de Frades nos últimos anos, comparte cos veciños e veciñas do municipio o seu libro “Gran recetario. Cocina de Casa”. Trátase dunha publicación que recolle 76 menús completos e máis de 240 receitas que se poden consultar tanto por orde alfabética como por menú. Dende o Concello de Frades agradeceron o detalle do mestre Jenaro Fieira, quen explica que “a intención deste recetario non é outra ca unificar e facilitar o acceso a todos estes menús realizados” nos cursos que leva impartindo dende hai máis de 10 anos. O cociñeiro asegura que quere “trasladar este recetario a todos aqueles que foron partícipes no seu día nalgún

destes cursos e poidan acceder a este recurso a partir de agora”. O libro pode descargarse da web municipal: www.frades.gal.

O cociñeiro Jenaro Fieira Noya

COMPRA EN FRADES

gañamos tod@s

porque dinamizas a EConoMÍA loCAl porque axudas a MAntER o EMPREgo porque son os nosos vECIÑos E vECIÑAs porque cando máis os necesitabas, EstABAn AÍ porque tes CAlIDADE e os MElloREs PREzos porque están MoI CERCA e terás un tRAto PERsoAl

RO P M CO #EU RADES ENF

Concello de Frades


CRÓNICAS - ESPECIAL COVID-19

22

xente dE aquí MESÍA Por cada foto dando un “lametazo” a un dos seus iogures, doará un euro en comida para animais sen fogar

Campaña solidaria da Casa Grande de Xanceda coas protectoras de animais A Casa Grande de Xanceda vén de poñer en marcha a campaña “Lametazos contra o abandono” pola que ten previsto doar 2.000 euros en comida para animais sen fogar a dúas protectoras de animais que, coa crise do coronavirus, están a recibir menos axudas e doazón. Para colaborar só é preciso facerlle unha foto a calquera animal ou humando dándolle un lametazo a un dos ioures ou calquera outro produto desta granxa ecolóxica de Mesía e publicalo en Instagram co cancelo #LametazosContraElAbandono. Por cada foto, a Casa Grande de Xanceda doará 1 euro en comida a dúas protectoras galegas que axudan a centros de animais abandonados: Protectora Moura (A Coruña) e Protectora de Animais do Morrazo (Pontevedra). A día de hoxe levan recadado máis de 1.100 euros. Máis información en www.casagrandexanceda.com/lametazoscontraelabandono.

ORDES

ORDES

VIVEORDES, unha plataforma gratuíta para promover o pequeno comercio

Voluntarias do téxtil ordenses dotan de máscaras á veciñanza

Unha pequena empresa de Ordes desenvolveu unha plataforma en forma de directorio para profesionais do municipio onde poidan promover os seus negocios. Unha web na que levan tempo traballando e que ía ser de pago pero, debido á crise sanitaria, os seus promotores decidiron que sexa gratuíta para axudar ao rexurdir

de todos e todas. A plataforma consta de catro categorías: comercio, ocio, saúde/benestar e servizos e serve para que a poboación poida ter ao seu alcance a información de todos os negocios do municipio cos seus horarios, información de contacto e localización no mapa. As inscricións poden facerse en: https://bit.ly/3eNLirE

Un grupo de voluntarias procedentes de empresas do téxtil de Ordes traballaron arreo durante o estado de alarma, sobre todo nas primeiras semanas, para poñer a disposición da veciñanza de Or-

des, Frades e Mesía máscaras de tea, 100% reutilizables e lavables a 60 graos. Unha iniciativa solidaria realizada a través dos Servizos Sociais da Mancomunidade de Ordes.


CRÓNICAS - ESPECIAL COVID-19

23

PUBLICIDADE


CRÓNICAS

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes. Edita: Underwood Media, S.L. C/Romero Donallo 26 15706 Santiago. Imprime: Tameiga. Peche de edición: 11-5-2020. Depósito legal: C 900 - 2013. Director: Javier Carnota. Teléfono: 620 967 549. Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com. Exclusivista publicitaria: Eco publicidad & márketing (www.agenciaeco.es). Álvaro Filgueira. 649 419 415. afilgueira@agenciaeco.es


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.