Cronicas - Comarca de Ordes - nº11 - Novembro 2014

Page 1

Crónicas

Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 11 - Novembro de 2014

delrío

Arquitectura Ingeniería Diseño Avda. Alfonso Senra, nº 178. Bajo. Ordes - A Coruña Tlf. 620 28 33 02 - www.delrioaid.com - cristina@delrioaid.com

PROYECTOS REFORMAS DIRECCIONES DE OBRA COORDINACIONES DE SEGURIDAD Y SALUD

TÉCNICA y DISEÑO unidos para ofrecerte el MEJOR RESULTADO

As gasolineiras da comarca calcan os prezos do combustible As quince gasolineiras ubicadas na comarca de Ordes ofrecen practicamente os mesmos prezos. As dife-

renzas, polo regular, non van máis aló dun par de céntimos de euro por litro de combustible. Comparando entre as

ofertas extremas, a variación á hora de encher un depósito medio era este venres de 2,30 euros, tanto no gasóleo

CERTIFICACIONES ENERGÉTICAS PERITACIONES Y TASACIONES ESTUDIOS Y PLANES DE SEGURIDAD DISEÑO INTERIOR

A como na gasolina de 95. Curiosamente, a máis barata é a Shell de Cerceda e a máis cara a Shell de Trazo. Páx. 12

ORdeS

controversia polas novas obras na Praza de Abastos Páx. 11

dePORteS

entrevista co encrobas c.F., un equipo renovado Páx. 21

PROViNciA

Primarias do PSOe coruñés entre mirás e Sacristán

Narcotráfico en Ordes

Páx. 8

ORdeS

interceptados 390 quilos de cocaína nunha nave do polígono

Páx. 3

O concello abre un centro para animais abandonados Páx. 9

ORdeS

Rexeitamento frontal á redución de profesorado

tORdOiA

O punto da infancia custará ata 163,52 euros ao mes

Páx. 4

p

Páx. 10

prevención

v

e

vestuario laboral

XeNte de Aquí

A entrevista máis formal posible co grupo Superoito Páx. 17

epi´s

f

formación

Rúa do Mercado, 17 bajo. 15680 ORDES (A Coruña) Telf.: 981 682 678 - e-mail: varela.preventia@mundo-r.com


Crónicas - Novembro 2014

2

Actualidade FRADES

ORDES O Concello contará coa colaboración da USC para activar o novo servizo

O Concello aspira a desenvolver un obradoiro de emprego durante o vindeiro ano

O centro comarcal acollerá un viveiro de empresas desde principios de 2015

Reunión de Rey, Mato e Rodríguez

O Concello de Frades aspira a desenolver un obradoiro de emprego durante o vindeiro ano. O alcalde, Roberto Rey, propúxollo á conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, nunha reunión. Rey explicou que o obradoiro serviría para “restaurar e poñer en valor distintos puntos do municipio”. A conselleira indicou que o prazo para solicitar obradoiros vaise abrir no primeiro trimestre de 2015 e emprazou ao alcalde a presentar o proxecto en conxunto con outros Concellos. No encontro, no que tamén participou o xerente do Consorcio Galego de Servizos Sociais, Roberto Rodríguez, tratáronse tamén diversas iniciativas de formación enfocadas ao emprego. En cambio, non trascendeu novidade algunha sobre o centro de día que se proxectara na Pontecarreira e que a Consellería ten bloqueado desde hai varios anos.

O antigo centro comarcal recobrará a vida a comezos do vindeiro ano. Segundo o goberno de Ordes, as instalacións, ubicada na zona das Casillas e pechadas desde hai anos, acollerán o denominado centro de emprendemento municipal. Ata agora, o viveiro de empresas estaba previsto na Praza de Abastos, pero o executivo municipal reconsiderou a ubicación. Para a posta en marcha do centro, o Concello contempla a colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC). Levaban varios contactos previos e recentemente visitaron o edificio para comprobar se sería idóneo para o novo servizo. O seguinte paso é preparar os pregos de condicións para que os emprendedores poidan acceder a un dos sete espazos que se ofrecerán. Aí determinarán a viabilidade e as liñas de selección e asesoramento para os futuros usuarios. Francisco Ferreiro, profesor de Economía Aplicada na USC que supervisa a iniciativa, declarou, segundo o Concello, que o centro comarcal é “precioso e cheo de oportunidades” e poderá converterse “nun referente a nivel galego”. Atendendo á ubicación de Ordes, ás características do inmoble e ao proxecto de centro, o profesor cre que “podemos falar de arredor dunha ducia de postos de traballo”.

As instalacións precisarán varios investimentos para acondionar sete espazos

O alcalde, Manuel Regos, agarda que non haxa “pausas de ningún tipo” para rematar os pregos e avaliar xa en decembro os proxectos que se presenten, segundo un plan que explicou o concelleiro do PSOE, Xesús Pedreira, ao que o goberno erixe como autor da proposta. “INEPTOS” POR RETRASAR O BNG reaccionou con satisfacción á “rectificación” do goberno de Regos, deixando a un lado a opción da Praza de Abastos e apostando polo centro comarcal. Lembran que

en abril propuxeran darlle ese uso ao edificio, ao pouco de ser cedido pola Xunta ao Concello. Entón, tanto UXO como o PSOE rexeitaron a moción en pleno, alegando que a iniciativa xa estaba “moi avanzada, practicamente rematada” na praza. Meses despois, viuse que non era así, polo que os nacionalistas acusan “a Regos e ao seu socio do PSOE de incapaces e ineptos” ao retrasar durante meses “coa súa política errática” proxectos que podían estar xa en funcionamento e xerando riqueza e emprego.

MESÍA Na categoría de produción ecolóxica

Casa Grande de Xanceda recolle o premio Alimentos de España

Acto de entrega dos premios Alimentos de España no Alcázar de Córdoba

Crónicas

A empresa Casa Grande de Xanceda, de Mesía, recolleu recentemente en Córdoba o Premio Alimentos de España 2013 á Produción Ecolóxica, nun acto presidido pola ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Isabel García Tejerina. Esta distinción recoñece a alta calidade dos produtos desta explotación, a aposta pola orixinalidade e a innovación na produción ecolóxica. E

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

valora tamén a “actitude de conciencia e respecto á biodiversidade mediante o fomento de actuacións favorables á flora e á fauna salvaxes”, asegura o ministerio. Destacaron tamén a capacidade de Casa Grande de Xanceda para facer rendible a súa actividade, potenciar os recursos locais, a educación ambiental e o fomento do emprego nas zonas rurais, sen esquecer o esforzo comercializador.

Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L. Peche de edición: 22-11-2014. Depósito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com


crónicas - Novembro 2014

3

ActuAlidAde ORDES A operación Alibavaria detivo nove persoas, unha delas un empresario local

unha operación antidroga intercepta 390 quilos de cocaína en merelle A Garda Civil interceptou un alixo de 390 quilos de cocaína nunha nave do polígono industrial de Ordes, no marco da operación antidroga Alibavaria, que desmantelou unha organización criminal e que se desenvolveu entre Asturias, A Coruña, Pontevedra e Alicante. Foron detidas nove persoas, entre elas un socio da empresa á que chegou o cargamento, unha marmorería, e “dous históricos narcotraficantes galegos”, segundo a Garda Civil. Aínda que as fontes oficiais non desvelaron identidades, o empresario local é Jesús Manuel Gómez Rodríguez, natural de Frades, e tamén trascendeu que outro dos detidos é o boirense Vicente Alves, vinculado ao clan arousano dos Charlíns e presunto organizador do movemento da droga desde Paraguai ata España. Suponse que o caso ten ramificacións con mafias do Levante español. Nun primeiro momento, ía ser un grupo alicantino o que trouxese a droga, pero a súa embarcación tivo un accidente e quedou inservible. A

EKATÉ Outlet Rúa do Mercado, 2

A droga viña cuberta de resina e carbón

O camión, intervido no propio polígono

A cocaína viña de Paraguai, vía Gijón, oculta entre 3.200 quilos de carbón vexetal

partir de aí, a rede buscou outras vías de traslado, contactando cunha empresa asturiana de importación de carbón, propiedade dun leonés. O camión que fixo o porte ata Ordes procedía precisamente do porto do Musel, en Gijón. O operativo, que levaba meses de vixilancia, seguiuno

ata a descarga na marmorería. En total, eran 3.200 quilos de carbón vexetal, entre os que estaban os 390 de cocaína, distribuída en 955 paquetes cun recubrimento de resina e carbón para aparentar ser mineral. A droga incautada podería acadar un valor de vinte millóns de euros no

EKATÉ Alfonso Senra, 157

mercado negro. A investigación tratará de determinar tamén onde se ía distribuír a sustancia. O alixo, un dos maiores interceptado en terra nos últimos anos, deu moito que falar en Ordes, entre a suspicacia e a incredulidade. Na empresa da que é copropietario o detido pediron respecto pola presunción de inocencia e negan ter relación co asunto. Tamén o dono da empresa asturiana de transportes á que se lle contratou o porte ata Ordes, que non foi detido, asegura que foi engañado e pensaba que só traía carbón. Inicialmente si fora detido o condutor do camión.

EKATÉ Melide Cantón de San Roque, 11


4

Crónicas - Novembro 2014

Actualidade ORDES O PP replica que se cumpren as ratios fronte á denuncia de deterioración do ensino público dos demais grupos

Ordes oponse aos recortes en educación O pleno de Ordes rexeitou frontalmente os recortes de profesorado e as carencias no mantemento das infraestruturas dos que acusa á Xunta nos centros educativos do municipio. Salvo a abstención do PP, todos os grupos secundaron unha proposta do PSOE que reivindica recuperar o número de docentes de 2010 e incluír partidas nos Orzamentos autonómicos para mellorar as instalacións. Os datos ofrecidos polos socialistas indican que en primaria perdeuse un mestre, sen ter en conta o peche de tres unitarias nos últimos cursos. Pero a maior debacle dáse en secundaria, ao pasar de 104 a 86 profesionais desde 2010 ata agora. Son 18 menos, dos que 13 corresponden ao IES-1 e 5 ao IES Maruxa Mallo. O portavoz do PSOE, Xesús Pedreira, criticou que estes “escandalosos” recortes se dean “sen que en ningún caso diminuíse o número de matrículas”. Mais o protagonismo do debate acaparárono a portavoz do goberno, Silvia Marín, e Susana Mosquera, concelleira do PP. Esta última ase-

gurou que “non temos ningún documento oficial que indique que non se cumpre a ratio” e que o número de alumnos por aula nos centros educativos de Ordes “está moi por debaixo da media de Galicia, en moitos casos nunha situación case privilexiada”. Marín combateu tales apreciacións asegurando que “daban risa, por non chorar”. A tenente de alcalde precisou que a nova lei educativa, a LOMCE, distorsina as ratios: “claro que se cumpren, pero calquera sabe que se incrementaron os alumnos porque os repetidores agora non computan para a ratio”, co que as aulas están repletas e a calidade educativa mingua, segundo relatou. Mosquera expuxo que o número de alumnos si se reduciu en FP, pero que non se prescindiu de ningún profesor, senón que se situaron noutras funcións. Marín atribuíu a falta de alumnado en confección e mecánica á degradación á que o goberno, na súa opinión, someteu a FP básica, que agora “nin titula nin permite obter o certificado da ESO”.

ORDES

OROSO Supuxo investir case 219.000 euros en viais de seis parroquias distintas

O Concello agarda rematar este ano o novo pavimento de formigón da Rúa da Igrexa

Remata a execución das obras do plan provincial, centrado nas estradas locais

A maior redución de profesorado produciuse no vetusto IES número 1

A portavoz do Concello, ao igual que Pedreira, criticou que se reducisen os profesores especialistas e os de apoio a nenos e nenas con necesidades educativas especiais. Ademais, denunciou que o PP marxine o ensino público e potencie os centros concertados e privados. Revelou que desde 2009 ata agora o gasto educativo por habitante pasou de 860 a 670 euros. Mosquera replicoulle falta de datos e negou que os profesores non fosen abondo, utilizando como exemplo que nun centro se destinou un mestre para o único alumno que

As obras eliminarán o empedrado

Unha capa de formigón substituirá o empedrado na Rúa da Igrexa de Ordes antes de que remate o ano, incluso antes do Nadal. As obras xa comezaron e segundo o Concello estarán rematadas nese prazo. Mentres tanto, a circulación por este pequeno tramo está interrompida. O goberno municipal explica que o tráfico e sobre todo a erosión da chuvia, con certa pendente da rúa, causaban unha deterioración constante do antigo pavimento, polo que optaron polo novo de formigón. As obras están financiadas con cargo ao plan DTC 93 da Deputación da Coruña.

Punto de inicio do tramo de estrada acondicionado na zona de Recouso (Marzoa)

As obras incluídas este ano no Plan de Obras e Servizos (POS) de Oroso remataron recentemente. Cun investimento de 218.754 euros, os traballos centráronse na rede viaria municipal das parroquias de Marzoa, Oroso, Senra, Trasmonte, Gándara e Os Ánxeles.

A intervención de maior volume económico foi o acondicionamento da capa de rodadura e das marxes do vial que discorre pola Altiboa, O Castro de Recouso e a Cruz de Folgoso, na parroquia de Marzoa. Foi un proxecto valorado en 122.000 euros. Na parroquia de Oroso, o investi-

solicitou a alternativa a relixión. O que si admitiu o PP foi a necesidade de mellorar o mantemento das infraestruturas, se ben defendeu que nos últimos anos a Xunta investiu 254.355 euros. O goberno local destacou que gran parte das obras de reparación as ten que asumir o Concello, sen que sexan da súa competencia, á vez que o portavoz do BNG, Ramiro Recouso, sinalaba carencias como que o IES-1 careza de ADSL “por 200 metros de liña”, e o do PSOE sinalaba o ascensor inutilizado no mesmo centro.

mento foi de 48.000 euros, destinados á mellora da rede viaria dos lugares da Estación e do Cruceiro, coa que se melloran os accesos á escola de Vilacide e á estrada que comunica Sigüeiro e Trazo. Outros 49.000 euros, aproximadamente, destináronse a pistas e estradas dos lugares de Zan (Trasmonte), Vilares (Senra), A Igrexa (Os Ánxeles), e Piñeirón (A Gándara). O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o concelleiro de Vías e Obras, Eduardo Veiras, visitaron os distintos camiños para comprobar que as obras se executaran correctamente. Mirás remarcou que de novo este ano o Concello utilizou para obras todos os recursos do POS, financiado en boa medida pola Deputación e que permitía aproveitar unha parte do diñeiro para gasto corrente, nos Concellos con dificultades financeiras. Mirás tamén expuxo que aos recursos deste plan hai que sumar “o que xa investimos de urxencia o inverno pasado cando tivemos aquela sucesión de temporais”.


crónicas - Novembro 2014

5

PuBlicidAde ENTREVISTA coas responsables do servizo psicopedagóxico e logopédico da Escola ConTalento, en Sigüeiro

“As familias normalmente séntense perdidas porque non saben como actuar nin onde acudir” Desde unha pequena dificultade na linguaxe ou na aprendizaxe ata un trastorno máis permanente, o mellor para as familias con cativos é consultar con especialistas para que interveñan a tempo e evitar así problemas que no futuro poderían ser maiores. O equipo de psicopedagoxía e logopedia da Escola ConTalento, en Sigüeiro (Oroso), explícao nestra entrevista. - QUE É ESCOLA CONTALENTO? - Escola ConTalento é un centro que ofrece unha serie de actividades complementarias á acción formativa dos colexios, e ao mesmo tempo atende de maneira individualizada todos aqueles casos que o precisen, xa sexa por unha problemática puntual ou por un trastorno máis permanente. - QUEN SODES? - Somos un equipo multidisciplinar formado por unha Logopeda especialista en Audición, unha Pedagoga con formación en Lingua Inglesa e unha Psicopedagoga especilizada en Atención Temperá. - QUE OFRECEDES? - Por unha banda están os programas de DISCOVERING ENGLISH, ACTÍVATE e EXPRÉSA-T, dedicados á aprendizaxe da lingua inglesa de maneira espontánea, a desenvolver a intelixencia emocional e a asentar as bases da lectoescritura e a expresión oral,

respectivamente. Todos eles están plantexados como actividades extraescolares cunha metodoloxía pedagóxica totalmente lúdica que resulte significativa para os cativos. Por outra banda, temos o Gabinete Psicopedagóxico e Logopédico onde atendemos todo tipo de dificultades que poidan presentarse nestes campos. - NOS CASOS NOS QUE EXISTE UNHA DIFICULTADE, COMO AFECTA NO ENTORNO FAMILIAR? - As familias normalmente séntense perdidas porque non saben como actuar nin onde acudir. De feito Escola ConTalento creouse como resposta ás necesidades de familias da nosa rede de escolas Trastes que nos solicitaban axuda. Asesoramos ás familias, traballamos en coordinación cos colexios e con outros profesionais se é o caso, para acadar unha mesma liña de traballo.

Unha logopeda especialista en audición, unha pedagoga con formación en lingua inglesa e unha psicopedagoga especializada en atención temperá conforman o equipo profesional da Escola ConTalento.

- CALES SON AS DIFICULTADES MÁIS FRECUENTES? - As máis frecuentes son as de linguaxe, tamén quizais por ser as máis observables, xunto cos trastornos de aprendizaxe. Estas habitualmente conlevan dificultades de atención pero non por iso debemos priorizar este diagnóstico en todos os casos. - SUPOÑEMOS QUE NESTAS SITUACIÓNS O TEMPO Á HORA DE ACTUAR É IMPORTANTE, NON SI? - Si, tendo en conta que a plasticidade cerebral diminúe a medida que avanza a idade, o esforzo da rehabilitación será maior. Non se

debe caer nos tópicos “xa falará, xa madurará...” porque non sempre é así e hai casos nos que xogamos en contra do tempo. Por iso, recomendámoslles ás familias que ante calquera dúbida consulten cun profesional que poida descartar ou atallar unha posible anomalía. - É CONSCIENTE A SOCIEDADE DESTA PROBLEMÁTICA? - Non. En moitos casos, como acabamos de comentar, déixanse os nenos sen tratar pensando que evolucionarán eles sos, e noutros casos as familias nin sequera teñen claro cal é a figura do profesional ao que

A xente pregúntame sempre onde compro os agasallos para o Nadal. moi sinxelo. eu sempre atopo os mellores regalos, o mellor servizo e as ofertas máis interesantes nos comercios da nosa comarca. e como escollo aos mellores??? Pois lendo o único xornal feito dende a comarca

deben acudir. Esta falta de información atinxe aínda á sociedade como conxunto, non a casos illados. Debería haber unha maior concienciación con respecto a estes temas e máis asesoramento e información dende a Administración Pública. - PARA REMATAR... ALGUNHA CONCLUSIÓN PARA AS FAMILIAS? - Gustaríanos que as familias acudiran a nós sempre que necesitasen axuda sen sentirse, por elo, culpables do problema. Acudir a unha Psicopedagoga ou Logopeda débese ver igual de normal que ir a unha Pediatra.


Crónicas - Novembro 2014

6

Actualidade ORDES

ORDES O Bloque acúsaos de manter un “pacto a prol da corrupción”

Proposta para adaptar as dimensións das terrazas dos bares á rúa onde se ubiquen

UxO e o PSOE impiden debater a municipalización de varios servizos

A vindeira sesión plenaria de Ordes deberá abordar a posibilidade de introducir cambios na ordenanza que regula a instalación de terrazas de bares e restaurantes na vía pública. Unha iniciativa presentada polo BNG propón corrixir “eivas na súa redacción que causan confusión” e tamén “modificar as dimensións das terrazas en función da rúa onde vaian ser instaladas”. Ramiro Recouso, portavoz nacionalista, explica que a norma non obriga a instalar plataforma en terrazas situadas en zonas de estacionamento de vehículos, de maneira que non todos os negocios efectuaron o investimento. Así, pide tarima obrigatoria, salvo na esquerda de Alfonso Senra, onde a beirarrúa é grande abondo, e na contorna da feira, onde opta por varandas retirables. O Bloque quéixase tamén das dificultades que lle puxo o goberno para acceder ás licenzas de terrazas deste ano.

Non houbo nin posibilidade de debate. A proposta presentada polo BNG de Ordes para municipalizar varios servizos non foi considerada urxente por UxO, a formación política do alcalde, e polo PSOE. Argumentado que xa se tratara nun pleno anterior, algo que o Bloque negou, os seus oito votos (sete de UxO e un do PSOE), e a abstención da edila de CIDEGA, impediron tratar a cuestión. Botaron man do voto de calidade do alcalde para desfacer o empate fronte aos dous edís do BNG e os seis do PP, partidarios cando menos de poder debater o asunto. Entre os servizos que os nacionalistas pedían que xestionase directamente o Concello, sen empresas de por medio, están a limpeza e mantemento de locais municipais, o mantemento dos campos de fútbol, e a vixilancia e conserxería dos colexios e dos polideportivos. Os nacionalistas aseguran que a súa proposta pretendía “reducir gastos e optimizar os recursos públicos”, ademais de evitar “prácticas de en-

O goberno e o PSOE alegaron que xa se tratara unha proposta similar noutro pleno

chufismo escudándose nas empresas concesionarias de servizos”. Nestas, poñen como exemplo a contratación do conserxe do colexio Campomaior ou postos na gardería municipal, segundo o Bloque vinculadas ás amizades familiares da tenente de alcalde. O BNG amósase especialmente crítico co apoio do PSOE a UxO. Segundo aseguran, está “motivado

polo pacto de non agresión entre as dúas formacións, xa que o PSOE ten colocados varios membros da súa formación en diversos postos de traballo municipais en troques do pacto de lexislatura encuberto que teñen Regos e Pedreira”. De aí que os nacionalistas consideren que ese suposto acordo constitúe “un pacto a prol da corrupción”.

OROSO

MESÍA

A punto de rematar as obras no vial do Cruceiro e de Vilalbarro

Mantense o financiamento provincial nas Brañas da Valga

A estrada que une as aldeas de Vilalbarro e do Cruceiro coa N-550 na parroquia de Oroso verá rematadas as súas obras nos vindeiros días. Trátase da primeira fase dun proxecto no que se preinstalará o alumeado público e se dotará o vial de zonas peonís. O Concello asegura que o investimento nesta iniciativa é de 102.000 euros. O alcalde, Manuel Mirás, de visita ás obras con Eduardo Veiras, concelleiro de Obras, explicou que tras o remate dos traballos só faltaría instalar a nova iluminación. Ese é cando menos o compromiso que concretou a empresa co Concello, a pesar de que as obras comezaron máis tarde do previsto. A intervención na zona permitirá que o via pase de ter catro a dez metros de ancho, con sendas peonís polas dúas marxes. Todo o proxecto entroncará coas obras da segunda fase, que xa están rematadas. A paradoxa de que a segunda fase fose rematada antes que a

O alcalde e un operario, nas obras

Mariano Iglesias, alcalde de Mesía, e Diego Calvo, presidente da Deputación

primeira explícase en que esta precisou expropiar varios terreos. Vilalbarro e O Cruceiro xa se beneficiaron previamente dun investimento por valor de 262.000 euros para abastecemento de auga e saneamento, tal como lembra o goberno municipal de Oroso.

A Deputación da Coruña e o Concello de Mesía renovaron por terceiro ano o convenio para manter aberto o complexo das Brañas da Valga (Visantoña), que inclúe un museo etnográfico e unha aula da natureza, cunha zona verde arredor dunha pequena lagoa. O acordo, asinado polo alcalde,

Mariano Iglesias, e o presidente da Deputación, Diego Calvo, ascende a 58.000 euros para todo 2015. O 80 % será diñeiro provincial e o 20 % será municipal. Servirá para pagar dous peóns de xardinería, un monitor de tempo libre e material para as visitas, exposicións e obradoiros.


Crónicas - Novembro 2014

7

Actualidade ORDES Ao pertencer a estradas supramunicipais, a normativa impide a súa cesión

ORDES

Piden a titularidade local do Recreo e dos Lagartos sen esperanzas de obtela

A Rúa Rosalía de Castro contará con sentido único de circulación en todo o seu traxecto

É practicamente pedir por pedir. O pleno de Ordes solicitou que a Xunta lle ceda ao Concello a titularidade da estrada de Lanzá na Rúa dos Lagartos e a Deputación a da Rúa do Recreo na estrada de Carballo. A raíz dunha proposta do BNG, o obxectivo sería asumir a xestión do tráfico nas dúas rúas para impedir o paso de camións pesados polo centro da vila, en especial os de residuos. Con todo, os grupos son conscientes de que nin a administración autonómica nin a provincial van dar pasos para a cesión, xa que “son estradas que comunican distintos concellos, as chamadas de tipo 1, e sen outra solución alternativa de tipo 1 a cesión é inviable”, tal como explicou o portavoz do PP, José Luis Martínez Sanjurjo. O PSOE reiterou tamén a proposta de que o goberno autonómico asumise a estrada de Mercurín e a rolda leste. Os demais grupos non o viron con malos ollos, se ben o PP, que se abstivo, insistiu en que tal “intercambio de cromos” non tería encaixe na

A Rúa Rosalía de Castro de Ordes terá sentido único de circulación en todo seu percorrido. Ademais do tramo entre o Sanatorio Concheiro e a intersección coa Rúa Nova, onda xa o ten, continuará con esa única opción de tránsito ata a Rúa dos Lagartos. Así o acordou por unanimidade o pleno, a raíz dunha proposta do BNG na que se pedía darlle solución “á caótica situación actual”, con dificultades de paso continuas por mor da anchura insuficiente da rúa, creando incluso desperfectos por rozamentos nos vehículos estacionados nas marxes. Por outra parte, o PP pediu un segundo acceso ao aparcadoiro do CEIP Campomaior, situado nun terreo privado cedido ao Concello, para paliar a conxestión de tráfico á entrada e saída das clases. O goberno explicou que non pode acometer grandes obras ao non ser un terreo público e contempla que o Plan Xeral, cando se aprobe, lle dea unha saída á zona.

A proposta do BNG aspiraba a retirar o tráfico pesado do centro da vila ordense

normativa sobre competencias en estradas. O alcalde, Manuel Regos, tamén dixo ser consciente da dificultade da cesión: “por lei é imposible”, dixo. “Se eses tramos fosen nosos, cortabámolos ao outro día, pero por onde irían os camións?”, preguntouse o rexedor ante a falta doutra vía de tipo 1.

Por outra parte, a proposta do BNG tamén empraza a unha reunión entre a Xunta, a Deputación, o Concello e Sogama para tratar de buscar un acordo sobre a estrada de Mercurín, de titularidade municipal e cortada ao tráfico pesado pola súa deterioración. O encontro podería celebrarse en breve.

“Nós damos a cara permanentemente, mentres que o aínda alcalde escapa dos veciños, se agocha sempre que pode e só aparece en época electoral”, afirma Martínez Sanjurjo

O Partido Popular de Ordes comeza en decembro unha rolda de reunións cos veciños para elaborar o programa das municipais O Partido Popular de Ordes comezará neste mes de decembro unha rolda de reunións cos veciños das diferentes parroquias e na propia vila de Ordes de cara á elaboración do programa electoral co que concorrerá ás eleccións municipais previstas para maio de 2015. O actual portavoz municipal e xa confirmado candidato do PP á Alcaldía participará nestas xuntanzas que, previsiblemente se celebrarán en cada unha das trece parroquias, incluíndo tamén o núcleo urbano de Ordes. O PP aproveitará estes encontros para “chequear” a situación de cada unha das zonas do municipio e incorporar as súas necesidades

ao programa electoral, ao tempo que informará aos veciños sobre o labor desenvolvido durante este mandado como primeiro grupo da oposición municipal. José Luis Martínez Sanjurjo acudirá a estas reunións “coa satisfacción de poder presentarme aos veciños, como o viñen facendo durante toda a lexislatura, dando cumprimento ao compromiso de cercanía e proximidade adquirido na campaña de 2011, e recordando que a maior parte das escasas intervencións efectuadas polo Concello nas parroquias durante estes case catro anos foron consecuencia das inversións financiadas polo Partido Popular dende a Deputación da Coruña”.

“Nós damos a cara permanentemente, mentres que o aínda alcalde escapa dos veciños, se agocha

sempre que pode e só aparece en época electoral”, conclúe Martínez Sanjurjo.


8

Crónicas - Novembro 2014

Actualidade COMARCA

PROVINCIA Foron os únicos con avais suficientes para as primarias do día 30

A Mancomunidade limita as decisións do seu último pleno á petición de subvencións

O PSOE coruñés escolle novo líder entre os alcaldes de Oroso e de Culleredo

Pleno do ente supramunicipal

O último pleno da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes careceu de acordos de maior trascendencia que a solicitude de diversas subvencións a outras administracións. Evidénciase así que se trata dunha institución subsidiada, carente en gran medida de ingresos directos propios. Entre as peticións para o vindeiro ano, á Xunta ou á Deputación, figuran 6.000 euros para o mantemento de servizos lingüísticos, 45.000 euros para o desenvolvemento de servizos sociais, 30.000 euros para a promoción de recursos turísticos, 65.000 euros para mobiliario, equipamento e reformas de locais municipais, 50.000 euros para actividades culturais, outros 50.000 euros para actividades deportivas, e 40.000 euros para políticas de igualdade e contra a violencia de xénero no ámbito educativo. Tamén se acordou solicitar financiamento no programa de servizos sociais, en concreto 65.000 euros para Ordes, 39.000 euros para Oroso e 17.600 para Frades. Os demais Concellos (Cerceda, Mesía, Tordoia e Trazo) ofrecen estes servizos pola súa conta, sen depender da Mancomunidade, por cuestións de eficacia. Por outra parte, o pleno no que participaron os sete alcaldes da comarca cumpriu co trámite de prorrogar o Plan de Igualdade de Homes e Mulleres da entidade, que se leva aplicando desde 2011 e que remataba a súa vixencia a finais deste ano. O plan, ideado para sensibilizar e informar sobre os recursos existentes para combater as desigualdades de xénero, conta cunha comisión encargada de supervisar a súa execución, ademais de responsabilizarse do seguemento e a avaliación das distintas actividades organizadas. Implica tanto o Centro de Información á Muller como numerosas entidades e servizos públicos da comarca.

A militancia do PSdeG-PSOE na provincia da Coruña escollerá o vindeiro domingo 30 de novembro quen vai ser o novo secretario xeral da formación, tomando o relevo do exministro Francisco Caamaño. A decisión está entre dous alcaldes: Manuel Mirás, que leva o bastón de mando en Oroso desde 2002 e xa fora rexedor entre 1991 e 1995, e Julio Sacristán, alcalde de Culleredo desde 1983. Mirás e Sacristán foron os únicos que reuniron avais suficientes para seren proclamados candidatos ás primarias provinciais. En concreto, o de Oroso sumou o apoio de 979 militantes socialistas e o de Culleredo acadou 1.046. Era necesario ter un mínimo de 876, equivalentes ao 20 % do censo. Non puideron superar esa barreira Julio Iglesias, alcalde de Ares, que reuniu 606, nin Celso Posada, membro da executiva local de Ferrol, unicamente con 6. E o excandidato á alcaldía de Teo, Jano Leis, retirouse do proceso, días antes da proclamación de candidatos, sen chegar a pre-

Julio Sacristán, alcalde de Culleredo

Manuel Mirás, alcalde de Oroso

sentar avais. Non parece que chegase a reunir o mínimo. Así pois, a diferenza de partida é escasa entre os dous aspirantes é escasa e pode darse calquera resultado. Sacristán, ao que asocian ao sector de Caamaño, semella partir como favorito, aínda que as bazas de Mirás, que vinculan co secretario

xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, tamén son relevantes. A votación dos militantes o próximo domingo será mediante voto directo na súa agrupación local. A Agrupación Provincial Socialista da Coruña destaca que é a primeira en toda España que renova a súa dirección nun proceso de primarias.

TRAZO A delegada da Xunta visita co alcalde varias obras viarias recentes

Do Campo comproba con Dafonte a reparación de diversos camiños locais A delegada provincial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acudiu a Trazo a verificar xunto co alcalde, José Dafonte, o resultado das obras de acondicionamento de varios camiños executadas ao longo de 2014. Trátase de proxectos incluídos nun programa de mellora de vías rurais de titularidade municipal que nos últimos dous anos supuxo investir case 60.000 euros en Trazo e entre este ano e o que vén traerá preto de 104.000 máis. Entre as obras xa acometidas, destacan as dun camiño en Millarada e outro en Santa Eufemia. En total, uns dous quilómetros de longo nos que se efectuaron tratamentos asfálticos e se limparon as cunetas. O alcalde explicoulle á delegada provincial que os novos proxectos que están preparando inclúen o arranxo de viais nas parroquias de Benza, Berreo, Chaián e Xavestre. O Plan Marco de Mellora de Camiños Rurais de Titularidade Municipal beneficia nos vindeiros dous anos os sete municipios da comarca cunha

O plan de mellora de camiños traerá a Trazo uns 104.000 euros en 2014-2015

cantidade próxima sos 700.000 euros. A maior parte son fondos europeos, xa que o 75 % o achega o Feader. Entre as deputacións e a Xunta achegan un 13 % e o 12 % restante págao o ministerio.

Do Campo destacou as melloras para a vida diaria dos habitantes do rural que supoñén este tipo de obras e incidiu na relevancia da colaboración entre as institucións para atender as necesidades da poboación.


crónicas - Novembro 2014

9

ActuAlidAde

coorudene sels o

Muebles de Cocina Fuente Estrey, s/n Tel: 981 68 83 29 Móvil: 629 808 796 couselo cocinas@telefonica.net

15680 ORDES A Coruña

Electrodomésticos Alfonso Senra, 116 Tel: 981 68 08 09

ORDES As instalacións teñen capacidade para atender dezaoito cans

ORDES

O concello asegura que o centro de acollida de animais custou 51.300 euros

O PP advirte de que o Concello seguirá encarecendo o IBI un 10 % anual ata 2023

Ordes conta xa cun centro para a acollida de animais abandonados. Situadas nunha parcela do parque empresarial de Merelle, as instalacións orzamentáronse en 51.300 euros, segundo asegura o goberno municipal. O centro conta con seis cubículos independentes, cos que se poderán separar os animais sans, os exemplares perigosos, os enfermos non contaxiosos, e os que presentan doenzas infecto-contaxiosas. En cada un dos espazos contarán con camas, comedoiros e bebedoiros. Ademais dun patio, dispúxose un espazo para animais que precisen tratamentos especiais, unha sala de curas, unha mesa de exploración, almacén, oficina, aseos e vestiarios. O servizo poderá atender ata dezaoito animais de entre dez e vinte quilos de peso. Doce deles en prazasdos cubículos normais e os outros seis entre o lazareto e o espazo para os enfermos non contaxiosos. O Concello precisa que acollerán cans de calquera raza, tamén as consideradas como potencialmente perigosas. O centro estará a cargo dun pro-

O PP de Ordes asegura que os recibos da contribución vanse encarecer unha media do 10 % anual de 2015 a 2023, a pesar de que en moitos dos recibos deste ano “non se reflicta dun xeito significativo”. O principal grupo da oposición cre que o escaso impacto deste ano se debe a “unha manobra de Regos e Marín, co apoio do PSOE, para enganar os veciños” e intentar evitar un castigo electoral. Segundo explica o PP, aínda que se trasladen ao ano seguinte, as subas son consecuencia de aplicar a ponencia de valores “impulsada polo alcalde no actual mandato”. As subas do valor catastral irían desde un 53 % ata un 100 % máis. E o tipo pasou do 0,4 de 2006 ata o 0,6 actual. O PP afirma tamén que boa parte dos recursos de reposición presentados hai un ano por erros nos recibos están sendo atendidos favorablemente. E pídelle aos contribuíntes que examinen o recibo deste ano por se mantén erros.

A nova infraestrutura está situada no polígono empresarial de Merelle

fesional veterinario, que contará co apoio de operarios do Concello para o mantemento das instalacións e o trato cos animais. O veterinario encargarase dos coidados e de levar ao día os libros de rexistro nos que quedará indicada a data de entrada e inscrición do animal, a súa procedencia

outlet

20% 30% 40% 50%

Alfonso Senra, 144 ORDES

981 688 366

e raza, a data de baixa no centro, e o seu destino, incluíndo a identificación e o domicilio das persoas adoptantes. O goberno local explica que as instalacións se rexerán pola lei de proteción dos animais domésticos e salvaxes en cautividade.

SANTA CRUZ DE MONTAOS ORDES - ESTRADA N-550

981 682 316 627 161 388


10

Crónicas - Novembro 2014

Actualidade TORDOIA

ORDES O PP cuestiona “excesos” na poda e o goberno cre que as árbores sanarán

Os usuarios do Punto de Atención á Infancia pagarán un máximo de 163,52 euros ao mes

Un fungo pon en xaque a Alameda

Obras no P.A.I., en outono de 2013

Os usuarios do Punto de Atención á Infancia de Tordoia pagarán un máximo de 163,52 euros ao mes, segundo a ordenanza municipal que fixa os prezos públicos e que entrou en vigor durante este mes de novembro. Esa contía é a que lles corresponde ás familias con rendas superiores ao 200 % do IPREM, un indicador análogo ao salario mínimo que antigamente se utilizaba como baremo. Quen estea entre o 150 % e o 200 % dese índice, pagará 142,06 euros. No tramo do 125 % ao 150 %, o prezo é de 128,77 euros. As rendas situadas entre o 100 % e o 125 % do IPREM teñen unha tarifa de 108,33 euros ao mes. No rango do 75 % ao 100 % establecéronse 67,45 euros por praza, no do 50 % ao 75 % son 33,73 euros, e as rendas inferiores ao 50 % do IPREM poderán ser usuarias do P.A.I. de balde. Ademais, o Concello estableceu unha serie de descontos atendendo ás circunstancias da unidade familiar. Neste sentido, terán un 20 % de redución sobre o prezo que lles corresponda as criaturas pertencentes a familias numerosas, os nenos e nenas de familias monoparentais, e o segundo e sucesivos irmáns. Para acreditar a situación económica, a ordenanza require unha copia cotexada da declaración da renda de todos os membros da unidade familiar, os certificados das pensións que se perciban, e as acreditacións precisas de ingresos en casos de nulidade matrimonial, separación ou divorcio. Por outra parte, está tamén en vigor o regulamento que se aplicará no centro, con capacidade para vinte cativos de entre tres meses e tres anos. Entre outros múltiples aspectos, fixa que abre todos os días, salvo fin de semana e festivos, de 7:30 a 15:00 horas, adaptándose ao que precisen os usuarios dentro desa franxa. Non se contempla servizo de comedor, pero si se encarga dos alimentos que os nenos leven da casa.

A preocupación volveu á Alameda de Ordes nas últimas semanas, ao ver como unha enfermidade causada por un fungo avanzaba en tres das árbores máis veteranas, co temor de que chegase a contaxiarse aos demais exemplares. O PP atribúe o acontecido a “un tratamento silvícola inadecuado”. Segundo o principal grupo da oposición, as árbores padeceron un “exceso de motoserra nas pólas aplicado por indicación do alcalde” co propósito de “facer sitio aos escenarios das orquestras” á parte ampliada da Alameda. Na súa opinión, o goberno trata de “xustificar a utilidade” das obras de ampliación. A formación que lidera José Luis Martínez Sanjurjo reclamou un tratamento fitosanitario “adecuado e inmediato”, á vista de que as tres árbores máis prexudicadas podían evolucionar a “unha podremia irrecuperable” e a extensión da enfermidade ao conxunto, o que para o PP suporía “poñer en risco de desaparición un patrimonio vexetal valioso”. No pleno, a portavoz do goberno, Silvia Marín, indicou que ían aplicarlles un tratamento ás árbores. Lem-

Podas na Alameda ordense (e) e unha das árbores afectadas polo fungo (d)

brou que tiveran un problema semellante en Leira e que conseguiran atallalo, asesorados por especialistas. E varios días despois, o Concello informou de que “evolucionan correctamente, tal como se tiña previsto”. A administración local iniciou durante a primeira metade do mes a poda das árbores da Alameda e asegurou que se aproveitaron os traba-

TORDOIA

PROVINCIAL

A Deputación audita os seus contratos coas empresas e entidades da Operación Zeta A Deputación anunciou unha auditoría interna desde o seu servizo de Intervención sobre os contratos e subvencións coas empresas e entidades implicadas na Operación Zeta, que investiga unha presunta fraude en cursos de formación, co epicentro supostamente na Consellería de Traballo e Benestar e na empresa Azetanet. O estudo da administración provincial remontarase ata 2006 e cando estea rematado será dado a coñecer no pleno da corporación. O presidente da Deputación, Diego Calvo (PP), defendeu a “transparencia total” do organismo ante unha moción presentada polo BNG sobre este caso de suposta corrupción, que desencadeou varias dimisións na Xunta. Calvo argumenta que todos os grupos teñen presenza nas mesas de contratación e reciben información puntual “de todo o que se asina”. Ademais, o presidente

llos para examinar as árbores unha a unha. En anos anteriores tamén preocupou a deterioración do que é quizais a única zona do centro da vila cun mínimo atractivo estético. Os traballos de retirada das pólas sobrantes non se limitan unicamente á Alameda, senón que chegan tamén a outras rúas da vila, aos parques e a outros espazos de uso público.

da Deputación coruñesa dixo non ter “ningunha dúbida da limpeza e profesionalidade dos funcionarios desta casa”. Calvo acusou aos nacionalistas de “querer confundir” ao levar á Deputación un asunto que, segundo el, “nada ten que ver con esta institución”. O dirixente provincial concretou que desde 2011 a Deputación só asinou un contrato con Gecreri, unha das empresas investigadas. Foi para o plan de formación da Rede Xiana e foi auditado pola Intervención General del Estado. O presidente explicou que a adxudicación foi nun concurso aberto e público, no que a empresa contratada presentou unha baixa do 40 % sobre a licitación. Tamén explicou Calvo que á Federación de Autónomos de Galicia, que figura na Operación Zeta, concedéronlle subvencións en 2012 e 2013. Pero non se lle pagaron por non xustificar correctamente os gastos, dixo.

O Concello reforza a recollida selectiva de residuos cunha nova campaña informativa O servizo de recollida selectiva de residuos de Tordoia estase reforzando estes días cunha campaña informativa activada polo Concello entre a súa poboación. A campaña consiste no envío dunha carta a cada domicilio, acompañada dun folleto no que se explican as pautas para efectuar unha separación correcta de cada tipo de residuo e o colector de lixo idóneo para cada tipoloxía. Como a divulgación por si soa non tería sentido, o goberno local, dirixido por Antonio Pereiro (PP), está ampliando ademais o número de colectores en diversos enclaves do concello, co propósito de facilitar a separación e a reciclaxe. O Concello lémbralles aos veciños na súa misiva que a separación do lixo permite obter beneficios para o medio ambiente e tamén para as contas municipais, ao reducir os custos do tratamento do lixo que se lle envía ao complexo de Sogama. Por eso, piden a colaboración e o apoio de toda a sociedade.


crónicas - Novembro 2014

11

ActuAlidAde

ORDES O goberno defende a “modernización” e o BNG critica a “falta de criterio”

OROSO

As novas obras privan a Praza de Abastos dun espazo central aberto

O goberno rexeita a baixada de soldos na gardería da Ulloa, pero di non poder evitala

Modernización ou unha dilapidación de cartos sen criterio? O debate volve envolver a Praza de Abastos de Ordes, que ata finais de mes está en obras para construír dous postos no que ata agora era un espazo aberto e diáfano. Os traballos están valorados en 150.000 euros, cun 80 % de subvención autonómica, e inclúen tamén un almacén. De “modernización” e de “adecuación” fala o goberno, que ademais desvelou que no proceso para adxudicar novos postos hai solicitudes de dúas peixarías, dúas froitarías, unha queixería, unha carnizaría e unha floraría. O alcalde, Manuel Regos, afirma que “esta remodelación supón un incentivo e a nosa aposta polo comercio de proximidade”. E de “dilapidación” fala o BNG, que define como “galpóns” os dous postos centrais, lembra que xa se derrubaran en 2010 e critica que “ocultan da visión do público os postos da parte superior”. O seu portavoz, Ramiro Recouso, cre que a zona debería seguir sendo diáfana, como na gran maioría das prazas de abastos.

O concelleiro de Persoal e Réxime Interno de Oroso, Luís Rey, dixo que o seu goberno está “totalmente en desacordo” coa redución de salarios aplicada pola empresa concesionaria na escola infantil da Ulloa, en Sigüeiro. Non obstante, asumiu que “os nosos servizos xurídicos entenden que non temos causas para actuar” e que por tanto o executivo non pode evitalo. Sen embargo, con vistas a futuras ocasións, o Concello comprometeuse a incluír novas cláusulas nos pregos para a contratación externa dos servizos para reforzar a defensa dos dereitos dos traballadores. Unha delas será especificar que “non se poderán aplicar convenios de empresa por debaixo do sectorial”, explicou Rey. O anuncio fíxose tras un encontro con representantes do sindicato FETE-UGT para analizar o caso da gardería. Os representantes sindicais agradeceron o xesto e a actitude do goberno municipal para evitar que se repita.

As sucesivas intervencións na Praza de Abastos suman 448.000 euros en catro anos

Para o Bloque, este novo capítulo evidencia “a falta de criterio para acometer unha reforma integral”. Explica que en 2013 se gastaron 163.000 euros na praza e 138.000 en 2010. Co proxecto actual, as obras “ao tun tun” suman 448.000 euros en catro anos, cifra “arrepiante” para o BNG. Recouso pon tamén a vista na planta superior da praza, para asegu-

rar que o goberno actúa “como unha veleta ao modificar por enésima vez o seu uso”, agora para degustacións, exposicións e outlets. E sobre a contratación das obras, Recouso quéixase do uso “abusivo” do procedemento negociado sen publicidade, que para el permite “adxudicar as obras a dedo, o que facilita a aparición do cazo”, opina.

Moda y complementos para mujer

Prúebate las últimas tendencias

Las mejores marcas españolas

Te sentirás como en casa

Yo ya he reservado en SOMBRERO DE COPA mis regalos para esta Navidad. ¿Y tú a qué esperas?

Buscamos la diferencia

Calle Compostela, 30 ORDES

Moda a muy buen precio

981 681 553

Sombrero-de-Copa


Crónicas - Novembro 2014

12

Economía COMARCA Mínimas opcións de aforro entre as quince gasolineiras da contorna

2,30 euros de diferenza nun depósito Practicamente calcados. Os prezos dos combustibles nas estacións de servizo da comarca presentan moi escasas diferenzas. Polo regular, non van máis aló dun ou dous céntimos de euro por litro. Incluso cotexando entre a máis e a menos cara é difícil atopar aforros significativos. Ademais, as variacións, ás veces mínimas, son case diarias. No diésel, segundo os datos recompilados polo goberno, o prezo máis barato ofréceno a gasolineira de Shell en Cerceda (1,259 euros por litro) e a independente de Sigüeiro (1,273). No extremo oposto sitúase curiosamente outra Shell, a de Trazo, preto do Agro do Mestre. Este venres 21, o seu surtidor marcaba 1,305. A gran maioría das quince gasolineiras da comarca estaban nese intre entre os 1,279 e os 1,299 euros/litro. En definitiva, uns catro céntimos e medio de diferenza entre a máis e a menos cara, que para encher un depósito medio de 50 litros permitirían

O barril de petróleo abaratouse un 32 % desde xuño, pero no surtidor só o 10 %

aforrar 2,30 euros. Coa gasolina sucede o mesmo. A distancia entre o maior e o menor prezo é a mesma: 4,6 céntimos de euro. De novo, a máis cara é a es-

E A TI, QUE CHE PARECE? YOLI Eu sempre comparo prezos porque hai moitísima diferenza entre unhas gasolineiras e outras. Creo que algunhas abusan. Non creo que a gasolina máis barata sexa necesariamente de menor calidade.

tación de servizo de Shell en Trazo (1,365 euros/litro de gasolina 95) e a máis barata é a Shell de Cerceda e a Cepsa de Leira son as máis baratas (1,319). A maioría móvense entre 1,32 e 1,35 céntimos por litro. Eso si, unha semana antes a diferenza era bastante maior. O prezo máis barato era tamén de 1,319 e o máis caro, tamén en Trazo, chegaba a 1,399. Nese momento, a variación nun depósito era de 4 euros. Agora, de 2,30 euros. Se algo molesta aos consumidores nas últimas semanas é que o abaratamento dun 32 % do barril de petróleo desde o verán (de 115 dólares a 78) non se note nese mesmo calibre á hora de repostar, con baixadas que rondan o 10 %. Os operadores do sector alegan que nos prezos non só inflúe a cotización do barril, senón tamén o cambio do dólar e o euro. Sen embargo, cando sobe o barril nótase de inmediato no surtidor. É o que se coñece como efecto foguete-pluma: sobe rápido e baixa lento.

COMPENSA COMPARAR OS PREZOS? MANUEL Normalmente reposto na gasolineira de Sigüeiro e estou contento, aínda que comparo prezos. É un sector que tende a abusar, con pouca competencia. Non hai grandes diferenzas e non creo que a máis barata sexa peor.

DANIEL Utilizo sempre a mesma, a cercana, a non ser que teña que ir a Santiago, que aproveito se me pilla de pasada e vou á de servizo automático. Non hai competencia entre elas, non baixan prezos e son abusivos.

PREZOS (euros/litro) PREZOS (euros/litro)

Gasóleo A CERCEDA - Shell Cerceda 1,259 - Cepsa A Silva 1,299 - Repsol A Tablilla 1,289

Gasolina 95 1,319 1,349 1,349

FRADES - Repsol Pontecarreira 1,299 1,329 ORDES - E.S. Ordes (As Casillas) 1,279 1,320 - Galp Polígono de Merelle 1,279 1,320 - Cepsa Leira 1,289 1,319 - Repsol Mesón do Vento 1,289 1,329 - Repsol A Ameixeira (AP-9) 1,289 1,325 - Cooperativa de Barbeiros Non dispón 1,278 OROSO - Estación de Servizo Sigüeiro 1,324 1,273 - Cepsa Os Carballos 1,329 1,279 TORDOIA - Estación de servizo A Cruz 1,345 1,285 TRAZO - Estación de servizo Benza 1,359 1,297 - Shell (Agro do Mestre) 1,365 1,305 Fonte: Minetur. 21-11-2014 (14:00 h)

MESÍA O director xeral de Enerxía e Minas visita a fábrica que a empresa cerámica Campo Brick ten en Albixoi

A Xunta ve nas axudas a tellados un apoio á industria A fábrica que a empresa Campo Brick ten en Albixoi (Mesía) foi o escenario escollido pola Xunta para destacar a relevancia das axudas públicas do Plan Renove de cubertas para contribuír a soster a industria cerámica, moi prexudicada polo estoupido de burbulla inmobiliaria e a crise posterior da construción. Na súa visita á factoría, o director xeral de Enerxía e Minas, Ángel Bernardo Tahoces, explicou que os incentivos autonómicos permitiron impulsar 75 proxectos de renovación de cubertas de edificios con este tipo de material, mobilizando máis dun millón de euros en investimentos. As axudas foron do 30 % do custo das iniciativas seleccionadas. Na renovación de cubertas con tella, acadaron

ata 55 euros por metro cadrado. Tahoces afirmou que o plan atendeu por primeira vez a industria galega da tella, incorporándose aos plans que nos últimos anos estaban previstos para os sectores da lousa e do granito. Á vez que permiten manter activo o sector, o director xeral incidiu en que as axudas autonómicas facilitaron a eficiencia enerxética nas vivendas beneficiadas. O goberno sitúa como “materiais de alta calidade” a lousa, as tellas e o granito, que se configuran como idóneos para construír e renovar tellados e fachadas. O conxunto destas industrias conta cuns 500 empregos en toda Galicia, tamén segundo os datos achegados pola Consellería de Economía e Industria.

O director xeral percorreu a factoría acompañado por responsables da empresa


Crónicas - Novembro 2014

13

Economía

CRÉDITO Directivos da entidade expuxeron opcións de financiamento en Ordes

ORDES

Abanca explícalles aos empresarios da comarca as súas liñas de financiamento

Sancións de 950.000 euros a catro empresas do téxtil por infraccións á Seguridade Social

Abanca, a entidade bancaria creada sobre as ruínas de Caixa Galicia e Caixa Nova, ofreceu en Ordes, nun encontro con empresarios da comarca, síntomas de que está disposta a reactivar a actividade económica de Galicia. Directivos do banco explicáronlles aos responsables de pequenas e medianas empresas e autónomos que acudiron cales son as súa liñas de apoio financeiro aos proxectos que os axentes económicos estean interesados en facer realidade. Boa parte desas medidas de apoio figuran no chamado Plan Activamos, que Abanca asinou coas catro deputacións galegas o pasado verán. No caso da Coruña, estaba dotado con 72 millóns de euros para financiar proxectos de empresas e familias en condicións preferentes con respecto ás estándar no mercado. Segundo a Deputación coruñesa, en toda a provincia xa se beneficiaron deste plan ata finais de outubro 429 empresas, 78 familias e 11 Concellos, xa que as administracións locais tamén podían acollerse a esta programa.

O Ministerio de Emprego e Seguridade Social impúxolles a catro empresas do sector téxtil de Ordes cinco sancións como consecuencia de infraccións en materia de Seguridade Social. No seu conxunto, suman 953.008 euros. As decisións foron aprobadas polo Consello de Ministros dos días 14 e 21 de novembro. En concreto, o 14 de novembro a compañía ‘Deus Creaciones, SL’ foi sancionada con 196.725,24 euros e ‘Confecciones Fraga, SL’ con 191.037,30 euros. E o 21 de novembro as multas recaeron de novo en ‘Deus Creaciones, SL’, con 190.792,86 euros, ademais de ‘Costura Invisible, SL’, con 211.047,06 euros, e ‘Shivshi, SL’, cunha sanción de 163.406,50 euros. En todos os casos, segundo o goberno central, os acordos de imposición de sanción adóptanse como consecuencia de actas de infracción extendidas pola Inspección Provincial de Traballo e Seguridade Social da Coruña.

G

Directivos de Abanca explicando as súas propostas na Casa da Cultura de Ordes

No ámbito empresarial, Abanca pretende financiar a posta en marcha de novos negocios, novas contratacións en empresas xa existentes, novos investimentos e actuacións de mellora da eficiencia enerxética. Para as familias, as vantaxes financeiras contempladas destiná-

banse a formación universitaria, equipamento tecnolóxico, obras de accesibilidade e de eficiencia enerxética en vivendas e adquisición de vehículos eficientes. Pola súa parte, as administracións locais poden solicitar crédito para investimentos e para circulante.

Marcos Guerra Mengual Bernardo Guerra González

A CORUÑA c/ Asturias, 9 Lunes o Viernes - 11:00 a 13:30

ABOGADO - GRADUADO SOCIAL

CARBALLO c/ Fomento, 16 Entrs. Jueves - 11:00 a 13:30

G

ASESORÍA JURÍDICA

PREFERENTES

PENSIONES

SEPARACIONES

SEGURIDAD SOCIAL

CIVIL / HERENCIAS

Telf. 981 150 128

ORDES Rúa Compostela, 16 bajo Miércoles - 11:00 a 13:30

Fax 981 246 789


Crónicas - Novembro 2014

14

xente dE aquí ORDES

CERCEDA

A ONG Andaina celebra os seus catro anos con local novo

Os maiores de Cerceda aprenden a utilizar o Whatsapp

Na celebración houbo música, danza, proxeccións audiovisuais e gastronomía

O Concello asegura que o aprendido reforza a autonomía persoal do alumnado

A ONG Andaina Pro Saúde Mental celebrou os seus primeiros catro anos de existencia cun evento no seu novo local na Rúa Galicia de Ordes. A entidade presidida por Omaira Tuirán contou coa presenza dos presidentes de FEAFES, José Ramón Girón, e de Adiscordes, Antonio Morán, e das

Medio cento de persoas participaron nos obradoiros do Concello de Cerceda para que os maiores aprendesen a utilizar mellor o seu teléfono móbil. Esta iniciativa, que tivo lugar en Cerceda e en Rodís e é o terceiro ano que se celebra, serve para que este sector da poboación non permaneza alleo

concelleiras Silvia Marín e Lucía Iglesias en representación do Concello, que recibiu o título de socio de honra. A asociación ofrece servizos, información, asesoramento e apoio para as persoas que padecen algún tipo de trastorno mental e para as súas familias, ademais de sensibilizar a sociedade.

ás novas tecnoloxías. Aprenderon a enviar mensaxes cos novos servizos gratuítos de mensaxería e a conformar grupos para compartir contidos. O Concello adiantou que o ano que vén repetirá estes cursos, con grupos de ata cinco alumnos e diferenciando entre móbiles convencionais e smartphones.

TORDOIA

ORDES

Ordes pon ao lume unha nova tanda de cociñeiros

Preparan a posta en marcha dun programa educativo para nenos menores de tres anos e as súas familias O Concello de Tordoia ten convocada para este martes 25 de novembro (10:30 horas na Casa da Cultura) unha reunión de presentación do seu novo programa ‘Grupos de Crianza’, que quere poñer en marcha en breve. ‘Grupos de Crianza’ é unha iniciativa para familias con nenos e nenas de tres anos ou menos. Ofrecerá periodicamente xuntanzas de hora e

media de duración para que os cativos teñan un espazo de relación que facilite o seu desenvolvemento mediante actividades. Cun espírito semellante ao emblemático ‘Preescolar na Casa’, que se tivo que cancelar en múltiples concellos de Galicia hai tres anos por mor dos recortes da Xunta, ‘Grupos de Crianza’ tamén facilitará que as familias compartan as súas vivencias.

FRADES

O Concello e Cáritas organizan unha recollida selectiva de alimentos para as familias máis necesitadas Os primeiros en comezar as clases foron os alumnos e alumnas de iniciación

As clases municipais de cociña retomaron o curso en Ordes con varios grupos interesados en aprender a preparar desde as receitas máis básicas ata os postres máis sofisticados. Os primeiros en comezar foron os alumnos e alumnas do curso de

iniciación, que conta con preto de vinte persoas inscritas, segundo o goberno local. O Concello afirma que cada ano hai maior interese por estas clases, que imparte de novo Manuel Iglesias Vieites nas instalacións da Casa da Cultura.

O Concello de Frades, en colaboración con Cáritas, organiza unha recollida de alimentos para as familias necesitadas do municipio. Todos os que desexen colaborar poderán deixar as súas achegas no colexio de Ponte Carreira ou na Casa do Concello antes do 18 de decembro. Esta é a primeira campaña de recollida solidaria de alimentos que organiza o Concello de Frades. “Toda axuda é benvida”, explica o alcalde

de Frades, Roberto Rey Martínez, quen agradece a colaboración tanto dos veciños como do CPI Ponte Carreira e de Cáritas. A campaña busca recoller alimentos (leite, aceite, azucre, pasta, arroz, legumes, conservas...) que non estean caducados, non teñan superado a data de consumo preferente e estean debidamente etiquetados. Ademais, tamén se recollerán produtos de Nadal non perecedoiros.


Crónicas - Novembro 2014

15

xente dE aquí ORDES

ORDES

A xuntanza anual da AECC logra recadar 2.000 euros

O xefe da Policía Local cumpre 25 anos de servizo público

A comida, que tivo lugar no Pazo Bidueiro, sumou 320 participantes

A xuntanza solidaria da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Ordes sumou 320 participantes, o que se traduciu nunha recadación de 2.000 euros nas entradas, ademais dunha cantidade menor no peto instalado especialmente para a ocasión. O importe destinarase á investigación da en-

fermidade. Ao evento acudiu o alcalde, Manuel Regos, varios concelleiros de distintas formacións políticas, as presidentas da AECC en Ordes e na provincia, Emilia Vázquez e Elena Viturro, e a axudante e o psicólogo da entidade, Concha Castro e Marcos Calvo, ademais das deceas de veciños.

FRADES - MESÍA

Convocan un curso de monitoraxe de tempo libre Os Concellos de Frades e Mesía organizan en conxunto un curso de monitoraxe de actividades de tempo libre. Terá unha duración total de 350 horas (200 horas na primeira fase

teórico-práctica e 150 horas prácticas nunha entidade de tempo libre). Poden acudir maiores de 18 anos con graduado escolar. Custa 260 euros e hai un límite de 25 prazas.

Eduardo Rodríguez Regos recibiu unha medalla acompañado polo alcalde

Eduardo Rodríguez Regos, o xefe da Policía Local de Ordes, cumpriu 25 anos de servizo público. A efeméride reportoulle unha medalla autonómica, que no conxunto de Galicia recibiron cincuenta axentes que este ano tamén cumpriron un cuarto de século de traballo. A entrega, na localidade pontevedresa da Estrada,

contou coa presenza do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o alcalde de Ordes, Manuel Regos, entre outros. O rexedor asegura que o Concello sente “orgullo” por Rodríguez Regos e destaca “non só a súa calidade como persoa, senón a dedicación e entrega que demostra diariamente nas súas funcións”.


16

Crónicas - Novembro 2014

xente dE aquí ORDES

COMARCA

‘O galego na onda’ xa gravou o seu programa de radio

A presentación do libro de Vilar enche o Museo do Traxe

Un momento da elaboración do programa de radio na emisora de Ordes

Ramón Vilar, de Cerceda, asinando exemplares de ‘Os televisores estrábicos’

Os gañadores do concurso de cuñas de radio ‘O galego na onda’, acometido pola Xunta en colaboración do Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade, xa gravaron o programa de radio que lles correspondeu por triunfar na fase local do certame, que aspira a promocionar o uso da

A presentación do libro ‘Os televisores estrábicos’, o primeiro publicado polo xornalista de Cerceda Ramón Vilar, atraeu máis dun cento de persoas ao Museo do Traxe Juanjo Liñares de Ordes, entre elas o alcalde, Manuel Regos. Na liña do que relata a obra, Vilar incidiu en que “vivimos un

lingua galega entre a poboación adolescente. Tanto na gravación como en obradoiros de formación previos, contaron co apoio do actor Rubén Riós e do técnico e produtor Andrés Rozados. O resultado emítese nas radios públicas autonómica e local.

OROSO

A integración a golpe de clic co programa ‘Hola Fabiola’

tempo de desesperación pero é obrigado permanecer de pé na vida, porque estar de xeonllos queima moito”. No acto estivo acompañado polo xornalista Ignacio Carballo e polo artista Miguel Calvo, que destacaron o prometedor porvir de Vilar Landeira na literatura galega.

ORDES

Renovada a homenaxe anual ao ‘Soldado Lois’ no Piñeiro

Sete alumnas de diversas nacionalidades formáronse en informática básica

Sete mulleres inmigrantes asistiron a un curso de informática básica específico desenvolto en Oroso polo Concello e a Mancomunidade, no programa denominado ‘Hola Fabiola’. Tal como quedou patente na entrega de diplomas, esta actividade foi un primeiro paso para derrubar algunhas das barreiras que este colectivo atopa para a súa in-

tegración social. Tanto o concelleiro de Ensino, Antonio Leira, como o docente do curso, Miguel Gómez, animaron ás participantes a continuar con cursos formativos, algo que varias xa fixeron. E a directora do CIM da Mancomunidade, Nazaret López, destacou que o curso deu pé á amizade e colaboración entre as participantes.

A ofrenda floral foi acompañada polo himno do tercio norte de infantería naval

Como marca a tradición de cada 1 de novembro, o Concello de Ordes renovou no cemiterio do Piñeiro a homenaxe ao coñecido como ‘Soldado Lois’, que en 1939 recibira a Cruz Laureada de San Fernando por evitar a morte dos seus compañeiros de fragata en 1937, a costa da súa propia vida.

Os actos tiveron como novidade este ano a presenza do coronel comandante do tercio norte da infantería naval de Ferrol, Alejandro Ferreira, que puxo ao ‘Soldado Lois’ como exemplo. O alcalde, Manuel Regos, pediu que vindeiros gobernos respecten este acto nos próximos anos.


Crónicas - Novembro 2014

17

xente dE aquí ENTREVISTA O grupo ordense Superoito fala sen complexos da súa música e do panorama cultural do municipio

“Humildemente, somos os Beatles galegos” - Dentro da efervescencia musical que vive Ordes, os Superoito sodes un dos nomes que máis estades dando que falar e bailar. Algo máis dun ano como grupo e tocando xa con bandas da talla de Novedades Carminha. Esto fóisevos das mans ou entraba dentro dos vosos plans? - Entraba nos nosos plans; para que ser tan humildes? Tocar con Novedades Carminha non foi algo fortuíto. Era o noso plan desde un principio. De feito, era o único plan que tiñamos desde que montamos o grupo e se nos apuras, desde que nacemos. Son un dos grupos referencia do movemento bailongo actual e para nós xa están á altura doutros grandes artistas como Juan Pardo ou Bertín Osborne. Tamén compartimos escenario con Gloria Gaynor, Fangoria e Georgie Dann, pero falaban con nós sen gheada nin seseo e non lles entendiamos nada do que nos dicían. Que vos queremos decir con eso? Non o sabemos. Perdemos o fío da resposta. Pásanos moito cando queremos quedar de listos. Seguinte pregunta. - Pois seguinte pregunta... Como confluístes os tres en Superoito? - Foi unha cousa moi rara porque antes de tocar xuntos levabámonos mal. Insultabámonos e xa non era a primeira vez que andabamos a hostias. Unha noite de verán coincidimos os tres na parte de arriba de Papaluz meténdolle fichas á camareira e a raíz deso démonos conta de que tiñamos cousas en común. Pero aínda hoxe é o día que non nos tragamos e non nos falamos máis que para pedir gintonics. É un feito. - Ah... E a que soa Superoito? - Facemos música surf e en consecuencia soamos a fresco, a dinámico, a un exótico cóctel de fantasía e diversión sen límites. Procuramos manter un sonido atractivo e interesante para todos os públicos e ideoloxías políticas e sexuais. Está mal que nós o digamos, pero se hai que buscar unha etiqueta humilde poderíase decir que somos os Beatles da música galega. - Como nace unha letra do grupo? - Normalmente xuntámonos os tres a reflexionar sobre o tempo e a vida no piso dunhas amigas nosas, no edificio dos dez pisos. - Que temas vos moven? - Nas nosas letras non hai cabida para o humor nin a comedia. Facemos música moi madura e acorde con eso, o proceso de composición tamén é moi maduro. - Escribe un só ou é un labor cooperativo? Escribistes todas as cancións sobrios?

Gianne como cantante e guitarrista, Xabi de baixista solista e aos coros, e Glenn na batería conforman Superoito

- É un labor en equipo, como Podemos e Izquierda Unida, e a única substancia que consumimos é a mentapoleo. - Como vai o novo disco, como vai ser e que esperades del? - As cancións xa están acabadas, agora estamos centrados no sonido dos cortes para entrar cómodos a estudio. De momento só podemos adiantar que os ritmos e as letras van ser principalmente reggeton. Non esperamos moito, as nosas únicas expectativas son non ter expectativas. Só queremos que a xente se morree coa nosa música de fondo. E se pode ser con nós. Non pedimos máis. Somos xente humilde. - Se se toca rápido e se baila ben, que é un dos vosos lemas, tamén se pode tocar ben e bailar rápido? - Tocar ben é importante, pero non definitivo. Máis que tocar ben o importante é saber onde tocar. Hai que seguir unha progresión, partido a partido. Bailar xa vai máis a preferencia personal. Nós somos de cintura fina. De bailar pegados es bailar. Como señores. - O espectáculo está por riba de todo? Valedes para unha sesión vermú ou só vos vai a noite? - Definitivamente, si. Para dar o coñazo nos concertos xa está Joaquín Sabina. Nós procuramos ofrecer un conxunto de variedades completo onde o ilusionismo, a acroba-

cia e as distintas artes escénicas xoguen un papel tan prolífico e fecundo como promiscuo e impreciso. No referente á verbena somos bastante clásicos: camisa desabrochada, copa de ribeiro e faria. O tridente C. Ronaldo-Benzema-Bale da farándula galega. - ‘Todo me dá voltas’ é o voso disco recente. Ten sentido seguir gravando discos co panorama actual, onde o consumo de música variou moitísimo nos últimos anos? - A edición de discos físicos ou edición só dixital é totalmente subxectiva. Hai bandas que prefiren o formato dixital porque é máis directo, exténdese máis rápido e resulta eficaz. Nós non vemos ambas ideas incompatibles. Editamos fisicamente como excusa para meter algunha fotografía picante nosa cos nosos números de teléfono xunto co libriño das letras. No primeiro disco editamos só cincocentas copias e vendéronse todas nas primeiras semanas a pesar de estar para descargar pola cara en internet. Agora para o disco novo imos volver editar fisicamente con Antonio (“el hombre disco”) pero desta vez só o imos vender en gasolineiras. - Ordes é un hábitat propicio para a música ou facedes música a pesar de Ordes? - O único que podemos dicir-

che de Ordes sen acabar pasando a noite no cuartel é que hai moitísimo talento. Aquí sempre houbo unha morea de grupos emerxentes pero o que está pasando agora mesmo é digno de ser estudiado. Non só están saíndo grupos de calidade senón que a variedade de estilos creada é amplísima. Cremos que algunha xente non é o suficientemente consciente disto e quizais ese sexa o motivo de que nos falte apoio, mais non hai moitos concellos que poidan presumir de ter na súa alineación titular grupos coma os que temos nós. DKTC (hiphop), SOKRAM (hiphop), Lady Chatarra (rock), Velvet Rain (hard-rock), NOM (metal), Os Pelexos de Montaos (música tradicional galega), Ritmo Galego (folk), Croma (electrónica), Camiño Real de Poulo, Sementes do Arte e Embruxo de Leira (escolas de música e baile tradicional), por poñer algúns exemplos e moitas máis que se nos poidan estar esquecendo, que se están xuntando ou que aínda non tivemos a sorte de descubrir. É urxente e necesario que se poña máis atención neste aspecto para poder conservalo. E por que non?, intentar fomentalo aínda máis que, como dicimos, por falta de dedicación e talento non é. “Órdenes, corazón salvaje, los músicos no te vamos durar siempre!”


18

Crónicas - Novembro 2014

xente dE aquí OROSO

ORDES

Tradición e castañas no Castelao

Hai algunhas tradicións máis doadas de continuar que outras. Entre as que teñen poucos obstáculos está a do magosto. E senón que llelo pregunten ao alumnado do CEIP Castelao de Ordes, que para o seu magosto recibiron no centro ao castañeiro Bieito coa súa locomotora ‘asacastañas’ e non vían chegar o momento de recibir o seu cornete quentiño e repleto dun dos froitos máis prezados do outono. Para a ocasión, prepararon todo tipo de adornos con castañas e follas secas, e contaron con recipientes preparados utilizando ma-

Magosto dos nenos e nenas do colexio rural agrupado

Hermindas Rivas, rodeada polas súas irmás, ante a tarta de cumpreanos

teriais reciclados. A dirección do colexio asegura que esta festa pretende manter vivo entre o alumnado, sobre todo o máis novo, un dos costumes gastronómicos máis asentados na zona.

Os 47 alumnos e alumnas do Centro Rural Agrupado (CRA) de Oroso celebraron o seu magosto en Vilarromariz. Por suposto, non faltaron as castañas e os chourizos asados, grazas á colaboración de todas as familias dos escolares, que tamén achegaron a leña para preparar as

dúas viandas propias deste tipo de festa. Pero ademais aproveitaron a celebración do evento e o encontro de todo o CRA para divertirse con varios xogos e bailes populares e para elaborar diversas manualidades relacionadas co magosto e coa súa época.

COMARCA

ORDES - OROSO

Premio María Moliner para a animación á lectura nas bibliotecas de Cerceda e de Ordes

As bibliotecas celebran o seu Día Internacional con espectáculos para os seus lectores máis pequenos

Os programas de animación á lectura desenvoltos desde as bibliotecas públicas de Cerceda e de Ordes recibiron o Premio María Moliner, outorgado pola Secretaría de Estado de Cultura en municipios con menos de 50.000 habitantes. No caso de Cerceda, foi distinguido o proxecto Animalectura 2014. Esta é a terceira edición consecutiva nas que un programa presentado polo Concello de Cerceda recibe este premio. En Ordes, foi premiado o programa ‘A biblioteca énchese de vida’, que inclúe clubs de lectura, contacontos, actividades lúdicas para toda a familia, exposicións temáticas, obradoiros, conmemoracións literarias ou presentacións de libros. O premio consiste nun lote de libros para ampliar os fondos cos que contan as bibliotecas. No resto da provincia, os María Moliner recoñeceron tamén a Boiro, Cariño, Culleredo, Oleiros e Rianxo.

Ordes e Oroso celebraron o Día Internacional das Bibliotecas con espectáculos destinados aos máis novos, pensando en entretelos para convertelos pouco a pouco en usuarios habituais dos centros. En Ordes, o relato con proxeccións e música “Cantacontos” logrou sumar unhas duascentas persoas, entre os cativos, pais, avós e outros acompañantes. O desenvolvemento do espectáculo motivounos a bailar de maneira improvisada. En Oroso, foron medio cento de persoas, sobre todo menores de dez anos, os que asistiron á actuación de monicreques e sombras chinesas ‘A biblioteca dos libros perdidos’. Tivo lugar no salón de actos do centro cultural, a carón da biblioteca. A actuación é unha historia relativa a aqueles libros que por falta de interese dos lectores están en risco de desaparecer para sempre. O espectáculo é unha creación de ‘Fanfarra Títeres’ e foi organizado en conxunto polo Concello de Oroso e pola Deputación da Coruña.

Numerosos espectadores no ‘Cantacontos’ da biblioteca municipal de Ordes

‘A biblioteca dos libros perdidos’ foi o espectáculo da biblioteca de Oroso


Crónicas - Novembro 2014

19

xente dE aquí

OFERTAS DE LANZAMIENTO PARA ELLA: Reserva cita: 622 161 134 HORARIOS: Lunes: Martes a Viernes: Sábados:

16:30 9:00 16:30 9:00

-

20:30 13:30 20:30 14:00

h. h. h. h.

desde:

Tinte+Lavar+Peinar+Mascarilla: 17,90 € Lavar+Peinar+Mascarilla: 6,9 € Ceras: 2€

PARA ÉL: Cortar+Lavar+Productos. Hombre: 7,9 € Cortar+Lavar+Productos. Niño: 6€ Manicura hombre: 4,5 €

RÚA DE GALICIA Nº 14. BAJO - 15680 ORDES OROSO Recibe o título de Mestre Videógrafo da FEPFI

Premio para Antonio Matías

Matías (segundo pola esquerda) recollendo a distinción de ‘Mestre Videógrafo’

A Federación Española de Profesionais da Fotografía e da Imaxe (FEPFI) distinguiu a Antonio Matías Míguez, profesional de Sigüeiro (Oroso) co título de ‘Mestre Videógrafo’. Trátase dun premio co que, segundo a organización, se recoñece “a capacidade demostrada por medio das súas obras e a súa contribución á dignificación e mellora continua do sector”. Esta edición dos premios e certificados da FEPFI corresponde a 2013,

aínda que tamén ten en conta toda a traxectoria profesional dos premiados e a súa participación activa en beneficio do sector. Ademais do título de Matías, a federación entrega os de ‘Videógrafo Distinguido’ e ‘Fotógrafo Distinguido’, o de ‘Mestre Fotógrafo’ e o de ‘Mestre Fotógrafo Instructor’, a maiores dos certificados de calidade fotográfica e de calidade audiovisual. Todos eles supoñen un recoñecemento do colectivo profesional.

PELUQUERÍA L.A., una peluquería para todo tipo de client@s - ¿Qué servicios de peluquería ofrece en su establecimiento? - Ofrezco corte, tintes, mechas, manicuras, pedicuras, ceras faciales... Además, próximamente introduciré ceras corporales. - ¿A qué tipo de clientes se dirige Peluquería L.A.? - Es una peluquería para todo tipo de clientes, independientemente de su edad o sexo. - ¿Es más de corte clásico, últimas tendencias o lo que el cliente demande? - Lo que la gente demande. Tenemos capacidad para atender sus preferencias. - ¿Aconseja sobre la opción más idónea de corte y peinado

para cada caso? - Sí, siempre doy mi opinión profesional. - ¿Con qué experiencia cuenta en esta actividad? - Llevo 3 años en esta profesión en diversos centros de peluquería. - ¿Con qué se va a ganar la fidelidad y confianza de sus clientes? - Ofreciendo sobre todo dedicación, buenos precios y un servicio personalizado. - ¿Cuenta con alguna promoción de apertura? - Tenemos: • Tinte + Lavar + Peinar + Mascarilla Mujer desde 17,90 € • Lavar + Peinar + Mascarilla Mujer desde 6,90 €

• Ceras desde 2 € • Corte Hombre 7,90 € y Niño 6 €, ambos con lavado, mascari-

lla y productos de acabado incluídos. • Manicura Hombre 4,50 €.


Crónicas - Novembro 2014

20

xente dE aquí ORDES

ORDES

Remata un novo curso de atención a dependentes

Adrián Mosquera explica as súas investigacións no IES número 1

As quince alumnas recibiron os diplomas de mans do alcalde, Manuel Regos

Intervención de Mosquera Orgeira ante o alumnado do IES, no que estudou

A finais de outubro concluíu unha nova entrega do curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, que cun total de 478 horas lectivas formou quince mulleres da comarca para que puidesen obter o certificado de profesionalidade necesario a partir de 2015. Os diplomas foron entregados polo alcalde de Ordes, que apro-

O médico Adrián Mosquera Orgeira, de 26 anos e natural do Mesón do Vento, acudiu ao IES número 1 de Ordes, no que estudou Bacharelato, para ofrecerlle ao actual alumnado unha clase sobre as súas investigacións xenómicas, nas que utiliza a bioinformática como ferramenta. Mosquera, que prepara o MIR, expuxo que a bioinformática abre

COMARCA

O programa Igualar leva a loita contra a violencia de xénero aos colexios de toda a comarca Eliminar os prexuízos sexistas entre os máis novos e facer que maduren mantendo relacións de igualdade entre homes e mulleres é o propósito do programa IgualaR3, que o Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Ordes desenvolveu nas últimas semanas en centros educativos de toda a comarca. As actividades deste proxecto están orientadas a conseguir unha comunicación entre iguais e a que os participantes poidan así aprender a resolver conflictos de xeito pacífico, escoitando o interlocutor e expresando sentimentos. Tamén se lles expoñen as cifras da violencia de xénero, as súas causas e consecuencias e que medios existen para combatela. Nesta segunda edición do programa, unha novidade son as actividades para que o alumnado identifique e perciba o risco que determinados usos das novas tecnoloxías fomenten a violencia machista e actitudes contrarias á igualdade.

veitou para destacar o apoio do seu goberno á formación laboral: “para moitas das persoas que actualmente están no paro é o primeiro paso para reciclarse e poder formar parte de novo do mercado laboral”, expuxo Manuel Regos. O curso forma parte do plan de Acción Formativa para Desempregados (AFD), financiado pola Xunta e o Fondo Social Europeo.

camiños á democratización da ciencia e a que non se precisen grandes equipos para investigar. O xoven, entrevistado por Crónicas na edición de setembro, indagou na evolución celular do cancro e determinou como se converte en maligno o meninxioma, un tumor intracraneal. O seu estudo foi publicado pola revista Frontiers in Oncology.

OROSO

OROSO

Explícanlles aos pais e nais os riscos na seguridade infantil

Charlas municipais forman os mestres na atención a escolares con necesidades especiais

Primeira charla, sobre o Asperger

Charla na escola infantil municipal da Ulloa, en Sigüeiro (Oroso)

Consellos útiles para previr e evitar accidentes e para saber como proceder no caso de que se produzan. Eso foi o que lles ofreceu a uns vinte pais e nais da gardería da Ulloa, en Sigüeiro (Oroso), unha charla organizada polo Concello sobre seguridade infantil. Unha especialista do Sergas en-

cargouse da exposición dos accidentes máis comúns entre os pequenos e das medidas de seguridade que se deben tomar. A charla tivo continuidade con outra xornada sobre primeiros auxilios especialmente dirixida á infancia, tamén nas instalacións do mesmo centro.

Profesorado dos centros educativos do municipio de Oroso asistiu a dúas charlas coas que puido complementar a súa formación no relativo á atención de escolares con necesidades especiais. As intervencións centráronse na síndrome de Asperger, un trastorno neurolóxico do espectro autista, e foron impartidas por técnicas do servizo de atención temperá e representantes da asociación Asperga, que aglutina familias afectadas por este mal. O concelleiro de Ensino, Antonio Leira, asegura que con esta iniciativa o Concello “dálle resposta a unha demanda da comunidade educativa”.


crónicas - Novembro 2014

21

dePORteS ENTREVISTA “O equipo é, xunto coa igrexa, un dos símbolos que perviven do que foron As Encrobas”

“O encrobas c.F. renovouse case por completo para animar a ilusión da xente polo equipo” - Que obxectivos ten o Encrobas para esta tempada? - Meterse na fase de ascenso. Levamos varios anos con tempadas moi discretas tanto en xogo como en resultados. A idea é cambiar esta xeira. Polo momento, aínda que as vitorias se nos resisten, hai ilusión e o equipo mellora cada xornada. - Cambiou moito a plantilla con respecto á pasada liga? Por que? - Renovouse case por completo con moitos rapaces que remataron en xuvenís. A idea era esa. Construír algo novo, animar a ilusión da xente polo equipo que, como xa dixemos, non tivo boas clasificacións nas últimas tempadas. Tamén quixemos facer un plantel amplo, xa que os invernos, as épocas de exames e os traballos dificultan moitas veces levar dezaseis xogadores a unha convocatoria. - Cales son os puntos fortes do equipo? En que destaca e que é o que caracteriza o seu xogo? - O equipo está como quen di en construción. A meirande parte dos xogadores nunca xogaron todos xuntos. Construír un bloque leva o seu tempo. Que destacar? Temos uns extremos moi rápidos e moita calidade na media punta. Os dianteiros son do mellorciño da categoría, aínda que o gol estásenos resistindo máis do que quixeramos. - E os aspectos que quedan por mellorar, cales son? - O dito, os xogadores estanse acoplando. Pouco a pouco, o xogo vai mellorando. Recibimos moitos goles e marcamos pouco polo de agora, pero é unha tendencia que fomos invertendo nos últimos partidos. Reforzar a presión cando o contrario ten o balón e acertar máis de cara a portería quizais sexan os puntos a mellorar. - Levades un ritmo de adestramentos elevado ou non sempre é posible? Cales son as prioridades á hora de adestrar, aquelo que máis se prepara? - Adestramos dous días á semana. O normal para unha categoría como a nosa. Traballamos moito co balón. Os exercicios sempre van encamiñados a buscar a velocidade de cara á portería. Que a bola chegue rápido a posicións de remate. - A competición está moi igualada neste grupo da liga ou hai equipos que destaquen moito sobre os demais? Cales son os rivais máis complicados e por que? - Obviamente o Mesía como recén descendido é o rival máis forte. Nós empatamos con eles na segunda xor-

Equipo do Encrobas C.F. para a tempada 2014-2014, que compite no grupo 3 da terceira división autonómica

nada na súa casa pero con moito sacrificio e tamén sorte. O Tambre é un equipo moi duro na casa. Por outra banda, o Bribes ten moi bo xogo de toque. Teñen moitísima mobilidade no medio campo. Eses poden ser quizais os máis destacados. O resto de equipos pensamos que están bastante igualados. - Dito doutra maneira, os partidos son moi previsibles ou sempre hai factor sorpresa? - Nesta categoría xa nos vimos coñecendo desde hai moito. Hai equipos que se reforzan máis que outros. Sorpresas poucas. Este ano a Liga mellorou moito con respecto ao ano pasado. - Cos do Mesón... ben, non? Que hai de mito e de realidade na relación entre os dous equipos, case veciños? - Igual houbo máis rivalidade no pasado. A xente coñecíase máis e o pique xurdía de forma natural. Hoxe segue sendo un partido moi atractivo e que trae moita xente, pero non creo que haxa a intensidade doutros anos. - De onde saíu o berro de ‘Fura fura, que Encrobas dura!’? Quen é o autor? - É un dos lemas que xurdiron durante a revolta das Encrobas, cando comezaron coas expropiacións para comezar coa mina de lignito. Podían furar, podían destruír, pero Encrobas, da maneira que fose, perduraría. - Como club, o equipo ten moitas dificultades de financiación e loxística ou vai sobrevivindo sen demasiados problemas? - A verdade é que temos unha situación económica bastante estable.

Temos moito que agradecerlle tanto ao Concello como aos patrocinadores, e por suposto aos socios e socias, que nos apoiaron desde o minuto un. Sen eles e elas, o Encrobas non sería posible. - Que relevancia social ten o equipo na zona? - O Encrobas é, xunto coa Igrexa, un dos símbolos que perviven do que foron as Encrobas. Antano foi a parroquia máis poboada do Concello de Cerceda. Hoxe apenas conta 200 habitantes. Todo isto deriva do acontecido coa mina. Houbo unha diáspora a concellos da contorna debido ás expropiacións. Os veciños e veciñas das

Encrobas son moi unidos, iso é digno de admirar. Sempre buscan unha excusa para reunirse. Estamos contentos de que o Encrobas siga sendo unha delas. - Que lles gustaría mellorar das instalacións coas que contan? - A iluminación. Necesitamos unha mellor iluminación no noso campo. Adestrando de noite e moitas veces con choiva, a visibilidade é moi precaria. Polo demais estamos bastante satisfeitos. O campo, aínda que non está nos seus mellores días, é un dos mellores da categoría. Hai moitos equipos que queren vir xogar aquí cada pretempada.

A FICHA DO EQUIPO - Nome: Encrobas C.F. - Ano de creación: 1987 - Número de socios: Aproximadamente 200 - Instalacións: Tinaxas Arena - Xunta directiva: - Presidente: Javier Amor Souto - Vicepresidente: Álvaro Sánchez Rodríguez - Tesoureiro: David Mosquera Fraga - Secretario: José Casás García - Vogal: Miguel Ángel Barbeito Candal - Xogadores: Adrián Loureiro, Javier García, José Casás, David Mosquera (Moss), Álvaro Sánchez (Piru), Mateo Villamisar, Antón Cea, Christian Loureiro, Sergio Martínez, Javier Amor (Pista), Manuel Prego, Jonathan Naya, Rubén García, Eusebio Mareque, Roberto Campos (Betinho), Christian Lamas, Diego Jesús, Juan Manuel Rodríguez, Pablo Pedre, Álex Grela, Antonio Aradas, Rubén Fariña. - Adestrador: Ernesto Xosé Paz Caínzos - Delegado: José Luís Bocija Meijide - Para non perderlle a pista ao club: - Facebook: facebook.com/encrobascf - Twitter: twitter.com/encrobascf


22

Crónicas - Novembro 2014

DEPORTES CAMPAÑA

O deporte da comarca implícase nunha campaña contra a violencia de xénero

Reunión de edís e técnicos da zona

Este mes comezou unha campaña de sensibilización contra a violencia de xénero no mundo do deporte na comarca. É unha iniciativa do Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade, que pretendeu implicar aos deportistas e entidades deportivas de toda a bisbarra. Na reunión de concelleiros e técnicos de deportes dos sete Concellos, destacouse a necesidade de que o deporte “asuma un papel activo á hora de transmitir o rexeitamento á problemática social” da violencia de xénero. Estiman que chegarán a unhas sesenta entidades, ademais das escolas deportivas municipais. A campaña terá como unha das iniciativas máis destacadas a gravación dun vídeo por cada un dos clubs e asociacións deportivas. Tamén se distribuirá material publicitario e promocional convencional, anuncios radiofónicos nas emisoras locais e espazos publicitarios en internet, sobre todo as webs municipais e da Mancomunidade. Non obvian tampouco as redes sociais, polas que se difundirá o material da campaña coa aspiración de “conseguir un fenómeno viral”, afirma a Mancomunidade. A campaña quere introducir a loita contra a violencia de xénero en escenarios como os campos de xogo, os polideportivos ou os centros escolares. Cren que é un xeito de implicar os homes en actividades a favor da igualdade e rexeitar a violencia, informar o persoal directivo das entidades sobre a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, concienciar sobre as desigualdades existentes entre ambos os xéneros nos distintos ámbitos da vida, organizar actividades de conmemoración dos distintos días internacionais contra calquera tipo de violencia ou divulgar os recursos existentes contra a violencia de xénero, que son algúns dos obxectivos espefícios da iniciativa.

TENIS DE MESA Os equipos das distintas categorías colleitan cada vez mellores resultados

O Oroso TM, a bo ritmo Os distintos equipos do Oroso TM van logrando un bo ritmo de competición nos campionatos nos que participan, case sempre acompañado de bos resultados. Na división de honra feminina, o Oroso TM-Celme deu un bo paso pola permanencia no seu enfronta- As xogadoras do Oroso TM-Celme (esquerda) lograron vencer en Ripollet mento contra o conxunto catalán do Tatchepol Ripollet. O conxunto taria venceu ao Rivas Promesas (4- dería Sigüeiro impúxose por 6-0 ao integrado por Olaya Cea, Silvia Ál- 2), pero non puido co Progreso de Construcións Cernadas, rival ao que varez e Saleta López logrou dous Móstoles (5-1), líder. En segunda tamén lle gañaron os membros do puntos (resultado final de 3-4) que masculina, o Oroso TM Fuentes Oroso TM Peluquería Tije (5-1). poden chegar a ser decisivos para Neave perdeu co AD Vincios (1-5), E por certo, na superdivisión manter a categoría. pero segue pelexando contra as masculina o Oroso TM Deporte GaNa primeira nacional mascu- complicacións da categoría. E xa na lego ten esta fin de semana unha lina, o Oroso TM-Logística Alimen- segunda galega, o Oroso TM Pana- cita decisiva fronte ao Rivas.

FÚTBOL SALA O xogador, que fora unha estrela do Lobelle, compite agora no DINA de Moscú

‘Alemao’ visita o Xuventude Oroso A Escola Deportiva Xuventude Oroso recibiu a visita de Julio César Simonato Cordeiro ‘Alemao’, quen fora unha das estrelas do Autos Lobelle de fútbol sala e que agora xoga no DINA de Moscú. ‘Alemao’, que pasou uns días en Galicia recuperándose dunha lesión, explicoulles diversos aspectos do deporte aos cativos das distintas categorías do Xuventude Oroso, que aproveitaron para facerlle preguntas e para sacar fotos con el. O concelleiro de Deportes de Oroso, Luís Rey, asistiu á visita e agradeceu que o futbolista, que no seu

Integrantes da Escola Deportiva Xuventude Oroso, con ‘Alemao’

haber conta co campionato de Europa e o subcampionato do Mundo coa selección española de fútbol

sala, dedicase parte do seu tempo a fomentar o deporte entre os máis pequenos.

FORMACIÓN Ten lugar ata finais de xaneiro nas instalacións deportivas de Vista Alegre

Curso de monitor de fútbol base Unha vintena de persoas participan en Ordes no curso de monitor de fútbol base que convocou a Federación Galega de Fútbol coa colaboración do Concello. O curso ofrece varios módulos xerais de carácter científico e técnico, ademais de materias específicas do fútbol base. En total son 65 horas de formación nas instalacións deportivas de Vista Alegre, os martes e xoves á noite e as mañás dos sábados ata finais de xaneiro. Na apertura do curso, o alcalde ordense, Manuel Regos, destacou a importancia de obter títulos homologados “para quen teña pensado dedi-

Os asistentes ao curso, na primeira xornada de formación en Vista Alegre

carse en serio a esto, xa que en breve será un requisito imprescindible para facelo”. Regos estivo acompañado

polo director da Escola Nacional de Adestradores, Manuel Mosquera, e polo técnico local Toni Fraga.


crónicas - Novembro 2014

23

OPiNiÓN

Os paxariños da Alameda Moitas aves preguntaron estes días polo despacho no que se tivo que ordenar unha desinfección xeral para evitar que cobrasen forZa certos cheiros do pasado. Algún ser voador incluso chegou a pensar que era o seu propio niño o que fora rociado con lixivia e que non se dera conta. A verdade é que hai pituitarias ben pouco sensibles. Ou será que tamén están habituadas a uliscar todo tipo de ambientes? O despacho intervido foi limpado a fondo xa máis dunha vez. Pero a codia fedorenta tiña tantos anos de acumulación que o cheiro e a suciedade persisten. Toda a casa está impregnada e mesmo segue habendo seres sanguinarios que deambulan por ela coidando de que o aire non acabe de purificarse. Son o que se chaman gardiáns das esencias e non viría mal contemplar a hipótese de que os comprometedores papeis estean nas súas mans, de A-Z en A-Z como documentos reservados. Documentos, que non fondos. Ou tamén? A pomba, moi hábil co diñeiro, anda investigando. A ver se hai que mercar máis lixivia... Eso si, o gaivoto mandante ordeou discreción e sixilo ata que escampe, coa esperanza de que a nube Z descargue noutros niños. Pero as aves ao seu mando son tan torpes e indisciplinadas que se esqueceron de facer o borrado virtual. E aí si que se mantén o rastro ben á vista. De todos. Estes días que se falou das viaxes de todo tipo de cucos e parrulos preocupou moito que a alguén se lle dese por rastrexar nos voos que varias das vellas aves da zona fixeron noutros tempos. Certo é que voaban con boas excusas e pouco disimulo, que así as sospeitas parecen menores. E ademais voaron plumas de todas as cores, que para cruzar o océano ou ir ata a outra punta do continente hai que ir sobre seguro. Xa se sabe, se alguén ten a tentación de piar alto debe haber aves da súa cor que o fagan calar. Convén para todos. O tema xa se falou abondo, aproveitando que as noites agora son longas. Non se dan conta de que a propia preocupación xa delata? Moi gorda debeu de ser a troula transoceánica, con cartos públicos, para que tantos anos despois aínda pese en conciencias tan lixeiras e

Sección de chíos, murmuracións e faladorías pilladas polo aire, unhas máis certas que outras

agora ninguén se atreva a repetila. Nin con maio ás portas! O bispo está xa tan preto da divinidade que nin os seus son quen de convencelo de que o seu reino aínda é deste mundo. As súas ás lévano tan alto que nin respecta o día nin a hora para as misas. E eso que son televisadas. Os feligreses van acabar espantados e con-

vertiranse a outras relixións. Hai que aproveitar porque o credo é o de menos, basta con levar a tarxeta do paro. O estorniño escoitou os inquilinos dun niño ensaiar a canción dos Brincos: “no me fiaba de ti y te quité el pasaporte, ya no me puedes mentir que he visto tu pasaporte, dirás que huyo de ti y no querrás comprenderme...”. E pensan aplicala!

Ordes non pode. A pomba indagou e descubriu que de momento o asunto non pasa de enredo e que vai ser moi difícil lograr a cuadratura do círculo. Como broma, tomouse en serio, pero como globo sonda nin colle aire. Por certo, non hai aves coñecidas entre elas. Agora si, entre as sospeitosas, algunha mesmo fixo grandes esforzos por desmarcarse. Moi convincentes e verídicos, por suposto.


Crónicas Camión do lixo

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Lavado de rúas

Se quere recibir Crónicas de balde no seu correo electrónico, pídao en cronicas.comarcadeordes@gmail.com

Camión basura

Transporte de residuos

GRUPO

Camión RSU

Tractor desbroce

Portobrea nº 3. Queixas - 15186 CERCEDA Oficina: 981 693 072 / 639 200 204 - correo@grupocercedasol.es Taller: 981 693 026 / 608 982 888 - www.grupocercedasol.es

Movemento de terras

Xestión de punto limpo

Camión lavacontedores

Barredora


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.