Cronicas comarcadeordes n12 decembro2014

Page 1

Crónicas

Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 12 - Decembro de 2014

Operación asfalto Os sete Concellos da comarca ordense xa decidiron que proxectos acometerán durante 2015 cos cartos que lles corresponden no Plan de Obras e Servizos da Deputación. A gran maioría das iniciativas teñen que ver coa reparación e mellora, nalgúns casos in-

cluso rehabilitación, dos camiños, pistas e estradas municipais. Trátase de infraestruturas en xeral moi deterioradas, ben pola falta de mantemento ben polas malas condicións meteorolóxicas imperantes na primeira mePáx. 4 tade deste ano que remata.

delrío

Arquitectura Ingeniería Diseño Avda. Alfonso Senra, nº 178. Bajo. Ordes - A Coruña Tlf. 620 28 33 02 - www.delrioaid.com - cristina@delrioaid.com PROYECTOS REFORMAS DIRECCIONES DE OBRA COORDINACIONES DE SEGURIDAD Y SALUD

CERTIFICACIONES ENERGÉTICAS PERITACIONES Y TASACIONES ESTUDIOS Y PLANES DE SEGURIDAD DISEÑO INTERIOR

TÉCNICA y DISEÑO unidos para ofrecerte el MEJOR RESULTADO

BAZAR CHINO MUNDO

Sortea un smartphone Telefun T5

Entre todos los clientes* que realicen una compra superior a 10 € Alfonso Senra, 36 - Telf.: 981 688 540 ORDES (A Coruña) *válido mientras haya disponibles rifas con números para el sorteo

cOMARcA

Nace o Nadal

Frades e tordoia aproban os seus orzamentos municipais de 2015 Páxs. 2 e 14

ceRcedA

O alcalde, molesto coa empresa que elabora o PXOM polos seus cobros Páx. 2

dePORteS

Páx. 21

entrevista ao c.d. Mesía, líder da 3ª división galega Páx. 27

ecONOMíA

Advirten da supertaxa para seis de cada dez gandeiros

Páx. 20

ORdeS

eNtReViStA

Páx. 6

A aventura americana do ordense Santi Moar

Reprogramarán a ampliación da piscina climatizada

Páx. 28


Crónicas - Decembro 2014

2

Actualidade TORDOIA

PROVINCIA O alcalde de Culleredo venceu o de Oroso nas primarias do partido

Os orzamentos municipais soben case un 2 % en 2015, con máis investimentos

Sacristán inclúe dous políticos da comarca na nova executiva provincial do PSOE

Os orzamentos do Concello de Tordoia serán en 2015 un 1,95 % superiores aos de 2014. Suman 2.615.000 euros, fronte aos 2.565.000 euros do ano pasado. Segundo a información do goberno local, o capítulo máis beneficiado será o de investimentos, cun incremento do 26,5 % que o levan ata os 454.000 euros. Caen os capítulos de persoal, de gastos correntes e de gastos financeiros. Salvo estes últimos, os demais seguen superando claramente ao de investimentos: en 2015 o plantel municipal suporá case 879.000 euros e os bens e servizos precisarán uns 922.000 euros. Nos investimentos, o máis destacado son o Plan de Obras e Servizos da Deputación e o plan autonómico e provincial de mellora de camiños, financiado sobre todo con diñeiro europeo. Ademais da mellora de diversos viais, está previsto adquirir mobiliario para o Punto de Atención á Infancia e mercar un terreo colindante coa piscina municipal para acondicionalo para uso público.

A tenente de alcalde de Cerceda, Begoña Rodríguez Rumbo, e o secretario xeral da Agrupación Socialista de Frades, Aurelio Garea Portos, formarán parte da nova executiva provincial do PSdeG-PSOE na Coruña, liderada polo alcalde de Culleredo, Julio Sacristán. Rodríguez Rumbo é a nova secretaria de Política Municipal, mentres que a Garea correspondeulle unha secretaría executiva. No novo organigrama emerxe a figura de Emilio Vázquez Souto como vicesecretario xeral e o de Bernardo Fernández como secretario de Organización. A nova executiva foi aprobada polo 62 % dos votos delegados no Congreso Extraordinario do PSOE coruñés celebrado esta fin de semana. Sacristán apelou na súa intervención á “unidade” do partido para intentar que sexa de novo “o motor do cambio político”. Segundo el, o PSOE “é a única alternativa posible de cambio” fronte a unha dereita que “quitou a careta nos últimos anos”, ao verse en posesión de maiorías abso-

ORDES

Reunións informativas o 5 de xaneiro sobre o acordo da parcelaria de Mercurín-Lesta II Os propietarios de terreos na concentración parcelaria de Mercurín-Lesta II están convocados a reunións informativas, unha en cada parroquia o luns 5 de xaneiro sobre a aprobación do acordo da parcelaria e as actuacións posteriores a el. As reunións están organizadas pola Consellería do Medio Rural e do Mar. A de Mercurín será a partir das dez da mañán na escola unitaria de Pedre. En Lesta, fixouse o horario do encontro a partir das once e media da mañán na Igrexa, en concreto no local da asociación de veciños.

Sacristán, no congreso extraordinario que escolleu a nova executiva provincial

lutas en Galicia e en España, e que “volverá disfrazarse de moderada” cando se aproximen as eleccións. O novo secretario xeral, reemprazo do exministro Francisco Caamaño, venceu nas primarias ao alcalde de Oroso, Manuel Mirás. Sacristán logrou un 60,5 % dos votos fronte ao 39,5 % do seu opoñente. A participación foi do 70 % do total de

3.030 militantes. Sacristán reunira un número de avais algo superior ao de Mirás e a maiores obtivo o apoio táctico de Julio Iglesias Redondo, alcalde de Ares, que non chegou ás primarias pero si tivo certa capacidade de inclinar a balanza. As distintas correntes están amosando bastantes dificultades de integración.

CERCEDA O alcalde revela que os redactores piden contías a maiores do contrato

Liñares: “se seguimos así, podemos acabar pagando o doble do PXOM” A elaboración e tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Cerceda está practicamente en punto morto por mor das desavenencias económicas entre o Concello e a empresa redactora, por unha parte, e unha serie de cuestións técnicas pendentes de resolver, por outra. Así o recoñeceu o alcalde, José García Liñares, no último pleno, en resposta a unha pregunta da concelleira Rocío da Igrexa (BNG). Liñares explicou que a elaboración do PXOM foi contratada en 267.000 euros, dos que o erario municipal xa pagou uns 108.000. Sen embargo, a maiores do contemplado no contrato a empresa estaría reclamando diversas cantidades por tarefas que non considera incluídas no contrato. Ata

Crónicas

preto de 200.000 euros, segundo os datos lidos apresuradamente polo alcalde na sesión, advertindo que algún importe podería estar repetido. “Calquera cousa, mesmo pintar un metro máis alá unha liña que xa pintaron, implica unha nova factura”, afirmou o rexedor. “E non estamos de acordo con eso”, engadiu, xa que “pese a que [na contratación] houbo unha rebaixa considerable, se seguimos pagando así probablemente acabaremos pagando o doble do [custo inicial] do plan”, dixo. “E se non lles dicimos que si, dá a impresión de que paran todo”, advertiu. A concelleira do BNG deixou caer que este tipo de sobrecustos se poderían estar dando noutras contratacións do Concello. O alcalde descar-

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

tou que foxe algo xeralizado e suliñou que a adxudicación foi decidida por un representante da Xunta e outro do Colexio de Arquitectos: “non quixeron ninguén diante”. García Liñares precisou que a rescisión do contrato “é só unha posibilidade” que de momento non está prantexada pero que se o documento non avanza sería “de sentido común”. O plan está pendente de diversos informes técnicos e xurídicos “e fundamentalmente de que nos entreguen o documento”, tal como dixo o alcalde. As dificultades técnicas estiveron por exemplo nos lindes con Carral e Tordoia, ou na entrada do polígono na relación de áreas industriais de Galicia, trámite no que a Xunta se demorou máis do previsto.

Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L. Peche de edición: 13-12-2014. Depósito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com


crónicas - decembro 2014

3

PuBlicidAde

MUEBLES DE BAÑO HIDROMASAJE - SAUNA TARIMA FLOTANTE MATERIALES DE CONSTRUCCIÓN SANITARIOS GRIFERÍA AZULEJOS Y PAVIMENTOS MAMPARAS A TABLILLA Rúa Principal, 36. Rodís 15186 CERCEDA Telf: 981 69 70 82 e-mail: begol@begol.es

ALMEIRAS Avda. Almeiras, 19. O Burgo 15670 CULLEREDO Telf: 660 986 847

Les desea felices fiestas!!!


4

Crónicas - Decembro 2014

Actualidade CERCEDA

COMARCA Os plenos municipais deciden os proxectos para o POS de 2015

Instan á Xunta a estudar unha rotonda na Silva, entre as estradas de Carballo e Santa Comba

Os Concellos intentan botar man dos camiños co plan provincial de obras

O Concello de Cerceda comprometeuse a trasladarlle á Xunta unha solicitude para que estude e avalíe a posibilidade de habilitar unha rotonda na localidade da Silva, en concreto no punto onde conflúen a estrada que vai de Ordes ata Carballo e a estrada que se dirixe a Santa Comba. A proposta efectuouna en pleno a portavoz municipal do BNG, Rocío da Igrexa, que advertiu da elevada concentración de tráfico que se rexistra no lugar e os conseguintes riscos de accidente. A construción dunha rotonda podería contribuír a palialos. O alcalde, José García Liñares, concordou en facerlle a proposta ao goberno autonómico, en concreto á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, como titular dos viais, para “ver que opinan”. A concelleira do Bloque tamén pediu que se tramitase ante o goberno autonómico un posible redeseño da curva situada antes do cemiterio na estrada que vai dedesde Cerceda ata A Silva. Tal como explicou Da Igrexa, é un lugar con bastante concentración de sinistros, que poden deberse ao mal peraltado da curva. Unha petición semellante formulouna sobre a estrada de Xermar vindo da Silva. Ante estas dúas propostas, o rexedor informou de que xa lle enviaran informes á Xunta tanto para que tivese coñecemento da situación de perigo para a circulación como para que avaliase a posibilidade de acometer as eventuais reformas. “Houbo accidentes e xa non é a primeira vez que nos din que é un lugar perigoso”, afirmou García Liñares.

É a historia interminable. A reparación de pistas, estradas e camiños é un dos grandes rompedeiros de cabeza para os xestores municipais. Un dos que máis recursos públicos consume e que nunca se ve saciado. Nada máis se arranxa aquí, xa hai que acudir acolá. A proba observouse nos plenos celebrados polos Concellos durante as últimas semanas para aprobar os proxectos que inclúen no habitual Plan de Obras e Servizos (POS) da Deputación para 2015. A rede viaria monopoliza os investimentos. En Cerceda, a corporación decidiu por unanimidade dotar de beirarrúas o Picardel e acometer intervencións de impermeabilización no Centro Cívico, incluída a substitución das baldosas interiores, moi escorregadizas. O investimento será duns 250.000 euros, quedando uns 80.000 para gasto corrente. Frades tamén aprobou por unanimidade o seu POS. Dedicado integramente a investimentos, utilizará case 195.000 euros para o acondicionamento e arranxo de múltiples viais nas doce parroquias do municipio. Na mesma sesión coñeceuse que os 103.000 euros que lle corresponden a Frades no plan de mellora de camiños financiado con fondos europeos se usarán no arranxo do tramo entre Ponte Carballa e a AC-524, e que unha subvención nominativa da Deputación permitirá contar con 105.000 euros para a estrada xeral de Céltigos a Vitre, un tramo en Papucín, e a estrada desde A Garabanxa ata Vilarello de Arriba (Moar). En Mesía, os investimentos superan os 150.000 euros. Destacan os proxectos de acometidas para seguir ampliando a rede de distribución de auga potable, a sinalización de seguridade viaria e as intervencións en

O acceso á nova gardería de Sigüeiro é unha das obras que se executarán en Oroso

diversos camiños, estradas e pistas. Coas posibles baixas de contratación, tamén aspiran a instalar varios sistemas solares térmicos en instalacións municipais. Para gasto corrente, o plan reserva uns 73.000 euros. En Ordes, o goberno de UxO contou co apoio de CIDEGA para os máis de 420.000 euros de obras do plan provincial, en gran medida tamén para a rede viaria. As demais formacións abstivéronse. O PP criticou que se aprobasen obras como “construír beirarrúas ata a casa dun concelleiro de UxO mentres Regos nega obras fundamentais argumentando falta de cartos”. O BNG argumentou que se incluían proxectos que non eran urxentes e o PSOE botou en falta que non se incorporasen determinadas propostas súas. O alcalde, Manuel Regos, defendeu que o plan “prestará especial atención a todas as parroquias e ao ámbito rural, xa que o POS anterior aplicouse na súa maior parte ao casco urbano”. O plan en Oroso suma 242.000 euros, todos para investimentos, res-

paldados unanimemente aínda que a oposición pediulle ao goberno ter máis participación á hora de escoller os proxectos. A urbanización do vial de acceso á nova gardería de Sigüeiro é a iniciativa de maior volume económico, á que hai que engadir intervencións viarias en Burgao-Piñeiro, A Costa e Castro-A Costa (Trasmonte), A Pena, Alto de Vilanova-Vilacide de Arriba, Vilacide de Abaixo, e O Cruceiro (Oroso). Prevese tamén a primeira fase do saneamento no Barreiro, en Sigüeiro. En Tordoia, uns 155.000 euros do POS de 2015 financiarán os seguintes proxectos: interiores en Barral (Viladabade) e outros, camiño en Pereiro Vello (Tordoia) e outros, interiores en Saboi (Castenda) e outros, e camiño na estrada de Anxeriz ata camiño de Rebordelos e outros. E Trazo investirá uns 184.000 euros. Acometeranse sendas peonís en Chaián e en Ventas do Lengüelle e camiños en Benza, Xavestre, Arnova e Viaño. Para gasto corrente o Concello reserva uns 37.000 euros.

CASAS FAYA - 5 SERVICIO TÉCNICO ELECTRODOMÉSTICOS Adaptamos tu Antena para sintonizar la Televisión Digital Terrestre

Tel. 620 853 789 - 981 68 28 37 - 981 68 29 31 ORDES- CARRAL


crónicas - decembro 2014

5

A rehabilitación dun tellado en 4 pasos A rehabilitación dun tellado é crucial para o confort dunha vivenda. Verea, empresa fabricante de tellas cerámicas, é consciente da importancia dunha boa execución do tellado, para garantir a correcta impermeabilización do fogar e tamén a durabilidade do tellado. Por iso non só fabrica tellas, tamén ten desenvolto e homologado un sistema de instalación de tellados Verea SYSTEM, no que se explican os pasos a seguir na instalación dun tellado. A rehabilitación dun tellado simplifícase utilizando este sistema: colocación da tella e execución das zonas máis proclives a filtracións.

PASO 0

Decisión de cambio de tellado

PASO 1

PASO 2

Limpeza e nivelacion de soporte

Impermeabilización

PASO 3: EXECUCIÓN DE ZONAS SINGULARES

Limahoyas

Limatesas

Cumbreras

Remate lateral

PASO 4: RESULTADO FINAL

Verea suministra todos os materiais necesarios para a instalación do tellado e pon a disposición de instaladores e particulares

toda a información e asesoramento necesarios para que a rehabilitación do seu tellado se realice coas garantías necesarias. Máis información en www.ceramicaverea.com


Crónicas - Decembro 2014

6

Actualidade ORDES

ORDES Prevé unha segunda fase que se concretará nunha dotación económica

Campaña solidaria dun centro de día para levarlles xoguetes a familias desfavorecidas

O Concello adía a ampliación da piscina por atender obras de maior urxencia

O centro de día Vitais, en Ordes desenvolve unha iniciativa solidaria para garantirlles xoguetes este Nadal aos nenos de familias desfavorecidas. Son os propios maiores do centro os que están creando obxectos artesanais como lapiseiros, carteiras, marcos de fotos, broches e chaveiros de fieltro ou bixutería, que se publicarán en fotos dunha páxina de facebook para facer trocos. A cambio destes obxectos, piden xoguetes. Os trocos tamén se poden facer no propio centro, cos obxectos expostos, non só nas redes sociais. O 5 de xaneiro, os nenos poderán ir buscar os seus agasallos ao centro de día. Entregaránllelos os maiores.

A ampliación das instalacións da piscina climatizada de Ordes, prevista para este ano, terá que agardar. Aínda que se contemplaran 30.000 euros para as obras nos orzamentos do Concello, o goberno local precisou que con ese diñeiro tivo que atender outras actuacións máis urxentes na propia piscina. En contestación ao BNG, a portavoz do executivo, Silvia Marín, explicou que arranxaron fugas no habitáculo da maquinaria da piscina, ademais de instalar portas, adquirir material para socorrismo e cursos, instalar aire acondicionado en varias dependencias para exercicio físico e outras tarefas de mantemento. A ampliación, pois, queda para unha segunda fase, para a que o Concello aínda non ten nin un prazo nin

A zona para a ampliación comezou a ser acondicionada tempo atrás

unha dotación económica. Non obstante, Marín adiantou que servirá para ampliar os lugares nos que se desenvolven algunhas das actividades de maior demanda. Esa falta de espazo foi a principal queixa da oposición. Ramiro Recouso (BNG) asegura que os usuarios levan “moitos anos” agardando que se amplíe a sala de actividades aeróbicas e se dote de equipamentos que eviten

a condensación. Por eso, pediu seriedade cos prazos e respecto polos usuarios. Para o nacionalista, o Concello si cumpriu no verán co sistema de extracción de aire na sala de musculación e co equipamento. Pero non coa ampliación da sala aeróbica. Segundo Recouso, limitáronse ao “engana-bobos” de limpar o xardín posterior e pequenas escavacións “simulando o inicio das obras”, di.

FRADES

Un convenio con Tráfico axilizará o cambio de domicilio dos vehículos de novos residentes O pleno de Frades aprobou por unanimidade a adhesión do Concello a un convenio entre a Dirección General de Tráfico e a Federación Española de Municipios y Provincias para axilizar os trámites de

novos residentes cos seus vehículos. Así, os cidadáns que se empadroen en Frades poderán modificar tamén o domicilio do seu vehículo nas oficinas municipais e non terán que acudir a Tráfico.

ORDES A petición do BNG sae rexeitada

Non se cambiará a ordenanza de instalación de terrazas

C/ Alfonso Senra, 18 15680 ORDES - Telf: 981 820 818

C/ Malecón San Lázaro, 11 15200 NOIA - Telf. 981 820 818

Avda. Benito Vigo, 36 36680 A ESTRADA - Telf: 986 575 224

Avda. Rodrigo de Mendoza, 26 36600 VILAGARCÍA - Telf: 986 500 932

A ordenanza que regula en Ordes a instalación de terrazas por parte dos establecementos hosteleiros na vía pública non experimentará cambios. O BNG pedíraos para adaptar a norma a varias rúas e para eliminar a “confusión” que, ao seu modo de ver, ocasiona a norma. Por exemplo, á hora de instalar plataformas nas zonas de estacionamento de vehículos, xa que ao non ser obrigatorio uns locais efectuaron o investimento e outros non: “un agravio comparativo”, din. Os nacionalistas suxerían que as terrazas se instalasen na cal-

zada sen interromper o paso nas beirarrúas, coa excepción da marxe esquerda de Alfonso Senra, que ten beirarrúa ampla. E nas rúas do Muíño e da Feira propoñían que as terrazas acadasen ata os 3,50 metros, pero sen obrigar a colocar tarima. Os demais grupos non secundaron a proposta. Para o socialista Xesús Pedreira, o texto da norma é adecuado: “o único problema -aseguraé que non hai vixilancia, a ordenanza é correcta e está ben motivada, o que hai que facer é esixir que se vixíe e que se cumpra”.


Crónicas - Decembro 2014

7

MEDIO AMBIENTE OFRECE UNHA SERIE DE CONSELLOS COS QUE CONTRIBUÍR Á REDUCIÓN DE REFUGALLOS DE ALIMENTOS

Sogama activa unha nova campaña para reducir os desperdicios de alimentos

A campaña ‘Aprovéitate do que che sobra’ convoca un concurso de receitas con sobras de alimentos

No marco da oitava edición da serie educativa “Ti es a peza que falta” e da Semana Europea da Prevención de Residuos 2014, a Consellería de Medio Ambiente e Sogama lanzan unha campaña orientada á redución dos desperdicios de alimentos. A comunidade internacional comezou a chamar a atención sobre a inxente cantidade de alimentos que nos países desenvolvidos acaban arroxados ao cubo do lixo ao final do día e que serían suficientes para nutrir a unha boa parte da poboación que carece dos recursos básicos para garantir a súa subsistencia. Neste contexto, a FAO xa deu a voz de alarma: un terzo da produción mundial de alimentos pérdese ao longo de toda a cadea alimentaria. Calcúlase que, aínda que con grandes variacións entre os Estados membros, os europeos desperdiciamos unha media de 179 quilos por persoa e ano (un 20 % da comida que compramos), o que vén significar un total de 89 millóns de toneladas de alimentos en bo estado, procedendo o 42 % dos mesmos dos propios fogares. Máis aló do impacto social, esta circunstancia ten un serio impacto sobre o medio ambiente, xerando 170 millóns de toneladas equivalentes de CO2 ao ano, ao que habería que en-

gadir o malgaste económico, cuantificado nunha perda anual para cada español de 250 euros. No caso do noso país, o desperdicio medio por fogar é de 1,3 quilos/ semana (76 quilos/ano), o que equivale a máis de medio quilo de alimentos por persoa e semana. Isto tradúcese en 1,5 millóns de toneladas de alimentos que serían perfectamente válidos para o consumo. Reducir o desperdicio de alimentos traería consigo numerosos beneficios, xa que contribuiría a combater a fame, a mellorar o nivel de nutrición das poboacións máis desfavorecidas, a facer un uso máis eficiente dos recursos e, por suposto, a fomentar o aforro económico e a protexer o medio ambiente.

Recomendacións para reducir os refugallos É por isto que a través do sitio web www.aproveitatedoquechesobra.es, a Consellería e Sogama proporcionan unha serie de consellos e recomendacións das que, xa no seu momento, se fixo eco o Ministerio de Agricul-

tura, Alimentación e Medio Ambiente (MAGRAMA) a través da Estratexia “Máis alimento, menos desperdicio”. Neste sentido, alúdese á necesidade de planificar as compras, facer unha lista dos produtos a adquirir, comparar prezos e calidades, vixiar o bo funcionamento do frigorífico, non saturar a despensa nin a neveira, ler o contido das etiquetas, servir pequenas racións, reutilizar as cantidades sobrantes para a elaboración de novos menús, diferenciar claramente consumo preferente e data de caducidade, ser cautelosos coas ofertas e promocións, así como coa estética dos alimentos, e, moi importante, ir ao mercado co estómago cheo. Pola contra, sucumbiremos con maior facilidade ante a oferta de determinados artigos perecedoiros. Neste contexto, e co obxectivo de contribuír á redución de desperdicios, tamén a través desta páxina web explícanse as bondades da compostaxe doméstica como unha forma de minorar a produción de residuos, toda vez que os restos orgánicos convértense nun abono natural con excelentes propiedades fertilizantes para o solo

(hortas, xardíns e terras de cultivo). Dado que na composición media do lixo en torno ao 40 % está conformada por materia orgánica, se se logra reciclar esta porcentaxe en orixe, evítase o seu depósito nos contedores verdes convencionais, diminuíndo a frecuencia de recollida dos mesmos e, por suposto, entregando menos cantidade a Sogama, o que se traduce nun menor desembolso económico para as arcas locais. Dado que non todas as vivendas unifamiliares con horta e xardín dispoñen de composteiro, a fin de evitar a compra do mesmo, a campaña invita aos interesados a que, de acordo co alcance da reutilización, fabriquen os seus propios recipientes, proporcionando as pautas para cada modalidade: composteiro de malla metálica, de palés de madeira, de ladrillos e de bidón. Así mesmo, abórdase o sistema de recollida selectiva, diferenciando os materiais a depositar en cada contedor (amarelo, azul, iglú verde, pilas e verde xenérico) co fin de contribuír ao reciclado e, xa que logo, ás súas vantaxes económicas e medioambientais, diminuíndo as cantidades de residuos que necesariamente deben ser sometidos a tratamento finalista.

Receitas con premio A fin de fomentar a participación da cidadanía nesta iniciativa, invítase aos internautas a que fagan chegar a Sogama a súa mellor receita gastronómica a partir de sobras de comida. As diferentes propostas deben conter unha descrición detallada dos ingredientes que conforman o prato, explicación pormenorizada do proceso de elaboración e fotografía do resultado final, identificando os datos do autor. O galardón recaerá naquela receita que sobresaia pola súa orixinalidade e innovación e, moi especialmente, pola utilización da maior porcentaxe de ingredientes procedentes de sobras de alimentos. O premio consiste nunha fin de semana na Mariña lucense para dúas persoas, incluíndo dúas noites de hotel con almorzo, comida e cea, e dous días de clase de stand up surf e kitesurf. O período de participación finaliza o 22 de decembro de 2014.

“Cada fogar español desperdicia 76 quilos de comida ao ano”


crónicas - decembro 2014

8

ActuAlidAde ORDES Cun investimento duns 150.000 euros

Renovado o firme dos viais internos do polígono industrial Os dous tramos de viais internos con maior circulación no polígono industrial de Merelle (Ordes) viron renovado o seu firme nas últimas semanas. O investimento nas obras valorouse nuns 150.000 euros, impostos incluídos. En concreto, o Concello interviu desde a rotonda na N-550 ata a rolda leste e desde a escola infan-

ORDES

Un segundo proxecto rematará o aparcadoiro da igrexa de Pereira

til municipal ata a intersección coa vía principal. Son uns 600 metros en total nos que se acondicionou o firme eliminando as numerosas irregularidades que había e dispoñendo novas capas de conglomerado. Os traballos melloran os accesos ás naves de empresas e tamén a servizos como os bombeiros, a canceira ou a gardería.

As obras beneficiaron os dous tramos de maior tráfico no polígono ordense

ORDES

OROSO

Premian unha casa de Arderís co Juana de Vega de arquitectura

O Concello aclara o investimento en equipar a canceira municipal

O aparcadoiro está diante do templo

O centro funciona desde hai semanas

O BNG de Ordes solicitou que o Concello remate as obras do aparcadoiro da igrexa da parroquia de Pereira, iniciadas nunha masa común a finais do verán e detidas desde entón. Segundo o seu portavoz, Ramiro Recouso, asfaltouse un tramo da pista pero non o espazo para estacionar. O alcalde, Manuel Regos, xa lle explicara en pleno ao Bloque que os traballos do aparcadoiro e da pista pertencían a proxectos distintos. Recouso cre que a planificación das obras carece de “criterio racional” e suxeriu que tamén se acondicionen os terreos ao lado da igrexa, que son masa común, de modo que se gañaría espazo para aparcar “case sen custo económico”, afirma.

O goberno local de Ordes aclarou o investimento efectuado para equipar a nova canceira municipal con todo o preciso para prestar un servizo tan necesario na zona e do que ata agora se carecía. Fronte ás críticas do PP, que á vista das facturas pensaba que se adquiriran produtos de luxo, o Concello precisa que o provedor as emitiu cun defecto de forma. Por exemplo, aínda que o papel se refira a unha escobiña en realidade o seu importe débese a varias e a outros produtos de limpeza utilizados para manter o recinto en óptimas condicións hixiénicas e sanitarias. O servizo, limitado ao termo municipal de Ordes, está tendo unha boa acollida e pódense pedir adopcións no 981 68 00 02 ou no 636539779.

A vivenda destaca pola luz interior e polo uso de materiais de baixo custo

A ‘Casa Escribenta’, situada no lugar de Arderís, en Oroso, recibiu o Premio Juana de Vega de Arquitectura. A vivenda é da autoría do arquitecto Emilio Rodríguez Blanco. O galardón distingue a que a xuízo do xurado é a mellor vivenda unifamiliar rematada en Galicia durante 2013. O xurado asegura que valorou a calidade que achega á vida cotiá

a entrada de luz aos espazos interiores, como zonas comúns e dormitorios. Destaca tamén o “boa conxunción entre esa calidade ambiental e o uso de materiais de baixo custo”, nos que percibe unha influencia do chamado movemento brutalista e “que produciría resultados algo duros de non ser polo bo deseño arquitectónico do conxunto”, opina o xurado.

Como é habitual nestas datas diríxome a todos e todas vós para facervos chegar as miñas felicitacións e o meu desexo de que o ano que estamos a piques de estrear nos achegue aquilo que anhelamos. É en momentos coma estes nos que nos damos conta do rápido que pasa o tempo. Persoalmente isto anímame a facer balance do acontecido e de marcar novos retos para un tempo novo. Para min e o meu equipo de goberno estes últimos doce meses foron dos máis importantes dentro do noso proxecto de avance e prosperidade para o Concello de Ordes. O traballo foi duro, sobre todo tendo en conta as vicisitudes que ultimamente abundan e ante as cales non estamos dispostos a sucumbir. Por todo iso sentímonos plenamente orgullosos. Pero temos que ser xustos e confesarlles que esa sensación non tería cabida se non fose por vostedes. Porque grazas a que nos permiten ser testemuñas de excepción do seu día a día. Grazas a que nos fan cómplices das súas vivencias con familiares e amigos, dos seus logros e fracasos e, en xeral, da súa vida, podemos estar seguros de que o noso lugar está ao seu carón. Porque só así poderemos seguir construíndo este lugar tan especial que se chama Ordes e que facemos entre todos e todas. Bo Nadal e feliz 2015 Manuel Regos Alcalde e presidente Mancomunidade de Ordes


Cr贸nicas - Decembro 2014

9

PUBLICIDADE


crónicas - decembro 2014

10

ActuAlidAde ORDES

OROSO

ORDES

O PP anuncia a implantación do transporte comarcal antes do próximo verán

O alcalde promételle a Calvente a traída da auga para 2015

Rematadas as obras que renovaron o pavimento da canella da Igrexa para evitar desgastes

O PP de Ordes anunciou a incorporación do Concello ao Plan de Transporte Metropolitano “antes de rematar o primeiro semestre de 2015”. Ese é cando menos o “compromiso” que observou o seu portavoz municipal, José Luis Martínez Sanjurjo, nunha reunión que sostivo coa directora xeral de Mobilidade da Xunta, Helena de Lucas. A incorporación a este sistema de transporte público, que se agardaba que fose efectiva xa a comezos deste 2014, mellorará as comunicacións de Ordes coas cidades de Santiago e da Coruña, xa que a incorporación será nos dous ámbitos. As melloras son tanto de conexión como económicas. Segundo explica Martínez Sanjurjo, o traxecto de Ordes a Santiago sairía coa tarxeta metropolitana por 1,25 euros, a metade que agora, ademais de poder utilizar de balde o transporte urbano nun prazo de 60 minutos desde a chegada á capital. Para familias numerosas, o importe será de 0,63 euros por traxecto. O PP estima que un usuario diario poderá aforrar ata 700 euros ao ano, que serían 1.200 se tamén utiliza o urbano. No caso da Coruña, a viaxe quedaría en 2,20 euros (1,10 euros para integrantes de familias numerosas), o que suporía un aforro de 800 euros anuais para un usuario cotiá. Serían 1.400 se tamén emprega o bus urbano. E para estudantes da Universidade da Coruña resultaría un desconto adicional de 90 euros por curso. O PP agarda ademais que haxa máis frecuencias de buses coas dúas cidades, ante o previsible aumento da demanda.

brar e l e ac Ven uestro n

A nova superficie é de formigón

Encontro de Manuel Mirás cos veciños de Calvente ás portas da igrexa

Traída pública de auga para 2015. É a promesa que o alcalde de Oroso, o socialista Manuel Mirás, lles fixo aos veciños da parroquia de Calvente nun encontro con eles. O gobernante asegura que a obra figurará nos orzamentos municipais do próximo ano, a punto de seren aprobados. E incluso adianta que podería estar rematada como moi tarde en setembro. Tamén emprazou aos

veciños a conectarse ao servizo para poder rendibilizar o investimento. Na parroquia aproveitaron para pedirlle a recuperación dunha fonte e dun lavadoiro preto da igrexa, máis espazo para aparcar a carón do templo e abrir un camiño para que esa mesma zona teña unha entrada e unha saída á estrada principal, sen obstruír o tráfico ao ter que cambiar de sentido no mesmo vial.

As obras da canella da Igrexa, no centro da vila de Ordes, xa remataron, de maneira que o vial, de menos de cen metros de longo, está aberto ao tráfico de vehículos e peóns con normalidade. A intervención, efectuada cun plan provincial, implicou a renovación do firme, antes de lousa e agora de formigón. O goberno local agarda que o cambio sirva para evitar o desgaste reiterado que presentaba o traxecto, bastante afectado pola circulación de auga pola súa pendente. Na zona hai varios comercios, vivendas particulares e entidades sociais.

ORDES O goberno local comprométese a financiar o servizo e agarda pola Xunta

continuidade para Preescolar na casa O programa Preescolar na Casa, nas parroquias de Ardemil e Vilamaior (Ordes), ten o compromiso do goberno municipal para dotalo de financiamento abondo e garantir a súa continuidade. Ofreceuno a portavoz do executivo, Silvia Marín, ante unha moción do PSOE que reivindicaba que tanto o Concello como a Xunta achegasen os fondos precisos para o servizo, dedicado á educación dos menores de tres anos e as súas familias.

Marín anticipou que lle van solicitar á Consellería de Educación que achegue todo o diñeiro preciso para Preescolar na Casa, á marxe dos recursos que poida destinar o Concello. A portavoz do goberno ordense aproveitou para acusar á Xunta de ter unha “actitude contraditoria ao falar de implantar mozos e mozas no rural e despois restrinxe e anula servizos en áreas tan importantes como a educación”. Para o portavoz do PSOE, Xesús

Pedreira, as dificultades que tivo o programa para pervivir en toda Galicia son unha mostra máis dos recortes aplicados polo PP na Xunta. En Ardemil e Vilamaior mantense por iniciativa dos pais e colaboración do Concello. Todos os grupos apoiaron a proposta do PSOE, a non ser o PP, que optou pola abstención e defendeu que nestes momentos as prioridades son os investimentos nos centros de educación infantil e primaria.

s Os deseamos una Felices Fiestas!!!

IO SAR VER I N A

BRE IEM C I ED S 19 D NDE

GRA ENTOS CU DES GALOS Y RE

Todo lo que quieras de tus personajes favoritos: textil, calzado, menaje... Y ahora también JUGUETES!!! Rúa da Canteira, nº2. ORDES (A Coruña). Teléfono: 981 688 646


crónicas - decembro 2014

11

ActuAlidAde ORDES

Atopan un vertedoiro de residuos voluminosos no límite entre as parroquias de Ordes e de Parada

O lixo estaba preto da fonte do Sangriño

Os socialistas de Ordes denunciaron por escrito no Concello a aparición dun vertedoiro de lixo preto da fonte do Sangriño, no límite entre as parroquias de Ordes e de Parada. No documento, solicitaron a inmediata retirada dos residuos, sobre todo restos de electrodomésticos, e medidas preventivas para evitar estes feitos, reiterados na zona.

ORDES

COMARCA

Case 49.000 euros de axudas provinciais de medio ambiente Os sete Concellos da comarca de Ordes reciben uns 48.600 euros para iniciativas relacionadas co medio ambiente nunha convocatoria efectuada pola Deputación da Coruña para os municipios con menos de 20.000 habitantes e que no seu conxunto contaba con 550.000 euros. En concreto, para Cerceda concedeu 6.779 euros para unha intervención na Aula da Natureza e na súa contorna próxima. En Frades, a axuda é de 6.778 euros para o acondicionamento e a mellora do espazo natural da piscina municipal. En Mesía, a contía é de 7.897 euros e a iniciativa que recibe o apoio provincial é a subministración de contedores para a recollida de papel e cartón e para envases e plásticos. No caso de Ordes, a subvención suma 6.786 euros, que o Concello empregará para efectuar melloras na zona verde do paseo do río Mercurín. En Oroso, os 6.787

euros recibidos servirán para a mellora da eficiencia enerxética no lugar da Igrexa. En canto a Tordoia, os 6.786 euros recibidos destinaranse á mellora do espazo ambiental da Rega, en Cabaleiros. E en Trazo, son 6.788 euros para a área recreativa de Viaño Pequeno. PUNTO LIMPO Por outra parte, o Consello da Xunta aprobou o convenio para investir 320.000 euros na construción dun Punto Limpo conxunto para os Concellos de Frades e de Mesía. As instalacións situaranse nunha parcela de 9.280 metros cadrados a carón do local social de Céltigos (Frades), a escasa distancia de Boado (Mesía). O proxecto contempla desde o movemento de terras ata a colocación das instalacións xerais, a construción da oficina de recepción, o almacén de residuos especiais, o depósito para aparellos técnicos e os peches.

O PSOE pide habilitar 2,8 millóns de euros nos orzamentos da Xunta para investir en Ordes Os socialistas presentaron varias emendas aos orzamentos da Xunta para 2015, que suman 2.871.000 euros en distintos investimentos. Catro proxectos de saneamento e abastecemento de auga, a mellora e ampliación da estrada entre Ordes e Cerceda a través de Mercurín e un plan estratéxico para o sector téxtil supoñen as principais reclamacións que o PSOE formulou no Parlamento de Galicia. O portavoz da formación en Ordes, Xesús Pedreira, acusou ao goberno autonómico de “volver castigar a Ordes por quinto ano consecutivo sen ningún tipo de investimentos no seu proxecto de orzamentos para 2015”. A única partida que atopou no documento son 420 euros para mantemento de aplicacións informáticas nos sete municipios da comarca. Pedreira cre que a Xunta actúa “de xeito partidista e castiga os municipios que non teñen un goberno do PP”, prexudicando os veciños por razóns electorais.

Nadal Frades VISITA DE PAPÁ NOEL

EXCURSIÓN A XUVENLUGO

Luns 15 de decembro. 11:00 horas. Papá Noel recibirá aos nenos e nenas de Preescolar na Casa (Asociación Antonio Gandoy) na biblioteca municipal do CPI de Ponte Carreira

Martes 30 de decembro. Saída ás 15:00 horas e regreso ás 21:30 horas. Anotacións no Concello ata o venres 26. Prezo: 5 € empadorados (8€ non empadroados). Atraccións (tren da bruxa, saltamontes, touro mecánico, scaléxtric, inchables, coches de choque...), karts, minigolf, obradoiros, videoxogos, etc.

VISITA DOS PAXES REAIS Venres 19 de decembro. De 10:30 a 11:30 h. Os Paxes Reais visitarán aos alumnos e alumnas de infantil e primaria do CPI Ponte Carreira e recollerán as súas cartas para os Reis Magos.

MAXIA Venres 2 de xaneiro. de 11:00 a 12:00 h. Mago Dani: “Acción” De 12:00 a 13:00 horas: Chocolatada por cortesía da ANPA do CPI Ponte Carreira.

GRAN FESTA DE NADAL Martes 23 de decembro. De 11:00 a 13:30 h. O Edificio Multiúsos de Frades acollerá unha gran festa de Nadal coa visita de Papá Noel, teatro, clown, mascota, obradoiro navideño e reparto de lambetadas

Organiza:

Máis información: Concello de Frades Concello 981 695 567 de Frades www.concellodefrades.es


Crónicas - Decembro 2014

12

Actualidade ORDES

PROVINCIA Requírelles que destinen unha parte a reducir a súa débeda financeira

Os xuros para o pago a provedores rebáixanse do 5 % ao 1 %, cun aforro de 400.000 euros

A Deputación reserva 25 millóns para préstamos a interese cero aos Concellos

A operación de endebedamento na que está inmerso o Concello de Ordes para o pago a provedores vai ser un pouco menos onerosa para o erario local do que se estimara no principio. Concretamente, estímanse uns 400.000 euros de aforro. A clave está no refinanciamento da operación, que permitiu rebaixar os tipos de xuro desde algo máis do 5 % no que estaban ata algo menos do 1 % no que se sitúan agora. Os cambios foron xa aprobados polo pleno da corporación municipal, e recibiron o voto favorable de todos os grupos políticos representados.

A Deputación da Coruña reserva 25 millóns de euros dos seus orzamentos de 2015 para concederlles préstamos a interese cero aos Concellos. O chamado Plan de Aforro e Investimentos é unha das novidades das contas provinciais do vindeiro ano, que ascenden a 171,3 millóns, un 9 % máis que este ano, e foron presentadas polo presidente da institución, Diego Calvo, e o deputado responsable de Facenda, Manuel Ruíz Rivas. O período de devolución do préstamo sería de dez anos, cun ou dous anos de carencia no pago. Os criterios de reparto dos fondos do plan serán obxectivos, mais a Deputación establece como condición que as administracións locais con débeda financiera destinen da cantidade que reciban unha porcentaxe igual a sanear as súas contas. A nivel xeral, Diego Calvo destacou que estes son os primeiros orzamentos que a entidade provincial elabora “sen obrigas financeiras”, despois de que hai uns meses se can-

CERCEDA

O Concello desaloxará a súa nave na Areosa intentará alugala tras non conseguir vendela O procedemento aberto polo Concello de Cerceda para vender unha nave municipal situada na Areosa non suscitou o interese de ninguén. As instalacións seguen de momento ocupadas, pero o goberno municipal informou, en resposta a unha pregunta do BNG, que xa requeriu o desaloxo. Á vista de que non houbo ofertas para a adquisición da nave, o executivo opta agora por intentar ofrecela en réxime de aluguer, nun procedemento que prevén convocar en breve. O alcalde expuxo que será desaolxada aínda que tampouco haxa ninguén disposto a alugala.

G

Diego Calvo (dereita) e Manuel Ruíz Rivas presentaron os orzamentos provinciais

celase a débeda. Pola súa parte, Ruíz Rivas fixo fincapé no Plan de Obras e Servizos, que en 2015 destinará 24,2 millóns de euros a investimentos e gastos correntes decididos polos Concellos. Un plan para obras ambientais e os de conservación de estradas pro-

vinciais, de travesías e de sendas peonís son outras das partidas significativas dos orzamentos provinciais, dos que Calvo tamén explicou que rebaixan os gastos de persoal ata o 22 % do total e incrementan partidas relacionadas con servizos sociais tanto para entidades como para Concellos.

PROVINCIA Licitada a xestión indirecta dos dez parques do consorcio provincial

Críticas dos bombeiros á privatización A licitación dun contrato administrativo para a xestión indirecta dos dez parques de Bombeiros do Consorcio Provincial contra Incendios e Salvamento da Coruña suscita queixas dos profesionais. A Coordinadora Unitaria de Bombeiros Profesionais, Comisións Obreiras, a Unión Xeral de Traballadores, a Confederación Intersindical Galega, o Sindicato Independente de Bombeiros de Galicia e a Plataforma de Bombeiros Públicos de Galicia consideran

que xestionar mediante empresas privadas os servizos de emerxencias, ou calquera outro servizo esencial para a cidadanía, supón “unha deterioración das prestacións que recibe a poboación”. “Non ten sentido ningún que parte dos impostos que se recadan para servizos públicos, en vez de repercutirse na cidadanía, se empreguen para o lucro empresarial”, afirman os bombeiros, que expoñen que os sistemas privatizados que operan

en Galicia “lonxe de mostrar melloras, supoñen custos superiores e estandarizan sistemas polos que tres efectivos teñen que prestar atención a dez ou máis concellos”. Cren que esto ocasiona inseguridade tanto aos cidadáns como aos profesionais. Ante esta situación, rexeitaron o sistema de xestión indirecta e defenden que sexan as administracións públicas quen se encarguen dos servizos de emerxencias sen deixalos en mans privadas.

Marcos Guerra Mengual Bernardo Guerra González

A CORUÑA c/ Asturias, 9 Lunes o Viernes - 11:00 a 13:30

ABOGADO - GRADUADO SOCIAL

CARBALLO c/ Fomento, 16 Entrs. Jueves - 11:00 a 13:30

G

ASESORÍA JURÍDICA

PREFERENTES

PENSIONES

SEPARACIONES

SEGURIDAD SOCIAL

CIVIL / HERENCIAS

Telf. 981 150 128

ORDES Rúa Compostela, 16 bajo Miércoles - 11:00 a 13:30

Fax 981 246 789


crónicas - decembro 2014

13

PuBlicidAde ENTREVISTA CO PORTAVOZ MUNICIPAL DO PARTIDO POPULAR DE ORDES JOSÉ LUIS MARTÍNEZ SANJURJO

“Acabarei co derroche que case levou Ordes á bancarrota e imporei seriedade na xestión dos cartos públicos” - A finais de setembro, o Comité Electoral do PP da Coruña confirmouno como candidato do PP á Alcaldía de Ordes. Con qué ánimo afronta este reto? - Primeiro, con agradecemento, e por partida dobre: á dirección do PP, polo respaldo outorgado e, tamén, e sobre todo, aos meus compañeiros do PP local, militantes e simpatizantes que me axudaron e arrouparon desde finais de 2010, cando fun proclamado candidato por vez primeira. - Cal sería a primeira medida a adoptar no caso de acceder á Alcaldía de Ordes? - Como é sabido, o Concello de Ordes rozou a bancarrota cunha débeda de 9 millóns de euros xerada por Regos a cambio de nada. O máis urxente será reaxustar a economía municipal. Acabar con todos os derroches que levaron Ordes a esta situación e implantar unha xestión seria e rigorosa dos cartos públicos. O meu único obxectivo será atender as prioridades dos veciños, e non os caprichos do alcalde e os seus adláteres, como sucedeu nestas dúas últimas lexislaturas. - Difícil o vai ter coas arcas baleiras. - A clave está en fixar prioridades. A miñas prioridades son e serán sempre os veciños e as súas necesidades. As prioridades do alcalde e da vicealcaldesa foron as arroutadas de cada momento, e non é necesario enumeralas todas de novo, porque todos sabemos do que falo: construción do concello, ampliación da Alameda, festas pagadas dúas veces... Pero, ademais, está a capacidade de interlocución con outras Administracións, como a Xunta, a Deputación ou o Goberno central, completamente abandonada. - Os veciños volvéronse queixar a da suba do IBI. - E con toda a razón. Hai arredor de dous meses que se puxeron ao cobro os novos recibos, que en moitos casos reflicten novas subidas, consecuencia da nova ponencia de valores impulsada por Regos, co apoio do PSOE. O valor catastral dos inmobles medrou de media un 53%, pero nalgúns casos chega ao 100%. A iso hai

que sumarlle que o tipo de gravame, é dicir, a porcentaxe que o pleno municipal decide se paga respecto á base liquidable de cada ben, ao pasar dun 0,40% que se aplicaba en 2006 ao 0,60% de 2014. Como consecuencia destas medidas, entre 2015 e 2023, os recibos do IBI subirán unha media do 10% anual da diferenza entre a base e o valor catastral. Por que en 2015?. A resposta é obvia: tratan de enganar outra vez aos veciños e retrasan esa subida ata despois das eleccións municipais. - Cal é a súa proposta en materia fiscal? - Xa o dixemos e o reitero: de acadar a maioría suficiente para gobernar en Ordes, o Partido Popular tratará de aliviar a carga de impostos que pagan os veciños. Farémolo a través de dúas vías: as exencións e bonificacións, e as taxas.

esforzo do Concello nos últimos anos fose a exención para os vehículos de máis de 25 anos. É unha tomadura de pelo. Cómpre recordar que a rebaixa da taxa do lixo para os baixos desocupados, partiu de unha emenda do Grupo Popular, cando se aprobaron en 2011 as ordenanzas fiscais do ano 2012. E o 27 de setembro de 2012 acadamos que o Pleno aprobase unha moción para que se bonificase o 75% a taxa de obras das explotacións agrogandeiras, da cal se teñen beneficiado moitos veciños. Tendo en conta que as ordenanzas fiscais para 2015 aínda non foron aprobadas, sospeito que o alcalde tratará de “vender” algunha conxelación ou baixada de taxas para o ano que ven. Moita casualidade tratándose dun ano electoral. Pode facelo, e o apoiaremos, pero non resultará cribe, e por iso mesmo lle reprocharemos o

“Implantaremos bonificacións do 95% para o IBI das instalacións de uso agrícola e gandeiro, e estudaremos as posibilidades que ofrece a lei para actuar nesa mesma liña noutros ámbitos” Un exemplo: non ten perdón que para instalacións agrícolas e gandeiras de características similares haxa diferenzas de ata o 100% no IBI. Unha elaboración chapuceira e apresurada da ponencia de valores impulsada polo alcalde, de novo co apoio do PSOE, para facer fronte ao crédito de 2,8 millóns de euros das facturas impagadas, fixo que as bonificacións se apliquen só en determinadas zonas en lugar de facelo con carácter xeral, como sucede noutros concellos da contorna. Eu comprométome a implantar bonificacións do 95% para o IBI das instalacións de uso agrícola e gandeiro regularizadas por Lei, e estudaremos as posibilidades que ofrece a norma para actuar nesa mesma liña noutros ámbitos. - ¿E respecto ás taxas? - Creo que hai que actuar na liña do xa sinalado, e con axustes acertados pódese facer máis, incluso recadando menos. Sorprende que o único

“Haberá renovación na lista do PP para acadar a renovación na Alcaldía de Ordes e finiquitar definitivamente o caciquismo que lidera Manuel Regos, con Silvia Marín como man executora dunha rede clientelar que ten feito moito dano”

seu cinismo, por non telo feito antes. - Avanzou xa na elaboración da candidatura das vindeiras eleccións municipais?. - Aínda é cedo para falar de nomes, pero o que teño claro –e creo que este é o sentir xeral no Partido Popular e tamén na rúa- é que debemos presentarnos con algunhas caras renovadas. É necesario e creo que é lei de vida. Pero, como aquí non estamos na procura do interese individual nin dos protagonismos, agardo poder contar co traballo e o apoio de todos, os que me acompañen na lista e os que, sen ser candidatos, confían nos principios que propugna o PP, antes e agora. - Haberá renovación? - En efecto. Farei algunha renovación na lista do PP para acadar a renovación máis agardada polos ordenses: a renovación na Alcaldía de Ordes para finiquitar definitivamente o caciquismo que lidera Regos con Silvia Marín como man executora dunha rede clientelar que ten feito moito dano. - Fala de danos? - Falo especialmente de dano económico, porque esa forma de xestionar

impide o desenvolvemento de Ordes, convertendo ao Concello nunha especie de coto inexpugnable, no que se non es amigo dos que mandan non hai nada que facer. E falo tamén de dano persoal, porque esta forma de

municipios veciños. Pero cunha salvidade: xa lles gustaría a moitos concellos galegos dispoñer das vantaxes competitivas que ten Ordes: excelentes comunicacións e localización xeográfica privilexiada. ¿E que fixo o

“O meu único obxectivo será atender as prioridades dos veciños, e non os caprichos do alcalde e os seus adláteres, como sucedeu nas últimas lexislaturas” gobernar ten estragado moitas relacións persoais. En Ordes, se fose polo alcalde, quedaría abolido o dereito a discrepar e imporíase o pensamento único. Case todos sabemos de toques de atención posteriores á realización de comentarios ou críticas contrarias ao Goberno local. -Como candidato, que é o que máis lle preocupa? - O que realmente me quita o sono é como mellorar a nosa capacidade de relación cos veciños, como axudar a todos os que o precisan, que son moitos. Son un concelleiro e, no futuro, se os votantes así o deciden, serei un alcalde e pé de rúa, sen perder xamais a humildade nin a capacidade de escoitar aos demais, con independencia de como pensen. Logo destes case catro anos de experiencia, creo sinceramente que é posible logralo. Creo que Ordes desaproveitou oito anos nos que se podería ter avanzado moito. Non hai máis que comparar a situación do noso Concello coa d o s

alcalde para avanzar neste tempo?. A resposta é NADA, con maiúsculas. Esta é a mellor demostración de que Ordes precisa un cambio de rumbo: caras novas, ideas novas e formas novas de xestionar para dar o salto cara adiante que tanto precisamos e que tanta xente merece. - Algún desexo para estas festas de Nadal e Aninovo?. - Por suposto, o primeiro, que todas as familias podan celebrar o Nadal do mellor xeito posible. Que haxa traballo, paz, saúde e agarimo para todos. Do que estou seguro é que 2015 será mellor que 2014. Sen dúbida.


Crónicas - Decembro 2014

14

Actualidade 690165893 / 680827228

Peluquería Carmen y Débora Señora y caballero También hacemos estética C/ Rúa Nova, nº 38 bajo CP. 15680, Ordes (A Coruña)

Jesús Sánchez Pampín Rúa Compostela, 3 - ORDES 981 680 060 - 646 176 185 www.carniceriaignacio.com

FRADES O goberno destaca o aumento do gasto social e a oposición cre que hai “moita fachada e pouco calado”

O orzamento municipal aproxímase aos 1,9 millóns O Concello de Frades aprobou xa os seus orzamentos para 2015. Ascenden a 1.895.293 euros e recibiron o voto a favor do PP e as abstencións dos representantes do BNG e do PSOE. As contas son uns 22.000 euros inferiores ás do ano pasado. Sen embargo, o alcalde de Frades, Roberto Rey, expuxo que o orzamento “aumenta o investimento na rede viaria e nos locais sociais de todas as parroquias, reduce a débeda en máis de 96.000 euros e incrementa as partidas destinadas a gasto social e as subvencións ás entidades sen fin de lucro”. O rexedor tamén fixo constar que “os impostos e as taxas municipais non varían e non se crea ningunha nova taxa”. Ademais de debullar as diversas obras previstas, cun capítulo de 580.000 euros (arredor do 30 % do total), o goberno local adiantou que

se adherirán a un novo plan da Deputación para amortizar débedas. Deste xeito, gran parte dos 180.000 euros que lle corresponden ao Concello utilizaranse para amortizar os préstamos que ten con bancos. A débeda pasa así a ser coa Deputación, que lles dá dez anos para devolvelos pero cun xuro cero. A operación aprobarase previsiblemente en xaneiro, segundo avanzou Rey. En canto aos gastos de persoal, que adoitan representar preto do 20 % do orzamento, mantéñense tanto as retribucións dos cargos políticos como as do plantel. Hai unha lixeira baixada pola xubilación da secretaria municipal, aínda que se asumirá o 25 % da paga extraordinaria que non se pagou en 2012. Desde a oposición, Xosé María Perez Lagos (BNG) declara que os orzamentos teñen “moita fachada e

Pleno de Frades, presidido por Roberto Rey, no que se aprobaron os orzamentos

pouco calado”. Destaca que caen case un 2 % sobre os deste ano, menciona a débeda de 322.000 euros “con datos do ministerio” e engade “facturas pendentes de pago de 66.161 euros, que non se sabe como foi adquirida”. O líder do Bloque tamén crítica que en ano electoral “sobe a partida ás

entidades sen ánimo de lucro para gañar votos”, á vez que “os investimentos en infraestruturas son insuficientes”, opina. O edil de Economía, Manuel Ferreiro, precisa que a débeda financeira do Concello é de 201.540 euros e reduciuse o 5 % sobre 2013.


crónicas - decembro 2014

15

PuBlicidAde Logo Ekate rojo sin.ai

12/12/2014

20:28:02

¿Quieres unas

?

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

!!! ! a l a g e r s la e t ¡ ¡ ¡ ¡ Entra en nuestro (Ekate-Zapateria) y averigua cómo conseguirlas...

Logo Ekate rojo sin.ai

Logo Ekate rojo sin.ai

12/12/2014

12/12/2014

20:28:02

20:28:02

Y este nuevo año 2015

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

vendrá con muchas sorpresas.... Estad atentos, os gustarán!!!

C

M

Y

CM

MY

CY

CMY

K

Les desea unas

Felices Fiestas EKATÉ Outlet Rúa do Mercado, 2

EKATÉ Alfonso Senra, 157

EKATÉ Melide Cantón de San Roque, 11


4

5

20

11

18

Maio

13

Xaneiro

25

27

2

4

9

19

16

Xu帽o

12

Febreiro

24

25

gs Settin Songs Shuffle

Extras

sts Podca

s Photo

Videos

Music

iPod

20 Xullo

13

U MEN

27

2 8 16 24 31

5

Marzo

7

4

18

14

22

Agosto

12

Abril

29

26

Cr贸nicas 2015


gs Settin Songs Shuffle

Extras

sts Podca

s Photo

Videos

Music

iPod

U MEN

5

13

21

Setembro

28

U MEN

20

27

FESTIVOS LOCAIS

13

Outubro

3

11

19

Novembro

- Cerceda: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 24 de xuño, San Xoán. - Frades: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 29 de setembro, San Miguel. - Mesía: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 15 de maio, San Cidre. - Ordes: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 17 de agosto, festa local de Ordes. - Oroso: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 16 de setembro, Santa Eufemia. - Tordoia: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 15 de maio, San Cidre. - Trazo: 17 de febreiro, Martes de Entroido; 21 de setembro, San Mateo.

4

gs Settin Songs Shuffle

Extras

sts Podca

s Photo

Videos

Music

iPod

25

3

11

18

Decembro

25


crónicas - decembro 2014

18

ActuAlidAde COMARCA

COMARCA Ven na nova lei de emprego público “o maior ataque” nunca recibido

Reclaman unha norma para poder regularizar en Galicia os tractores anteriores a 2001

Os axentes forestais e ambientais temen unha degradación da súa profesión

O real decreto que desde 2010 establece novos requisitos para que os tractores poidan pasar a ITV en Galicia está impedindo a regularización dalgúns destes vehículos anteriores a 2001. Trátase dos que, aínda dispoñendo de medidas de seguridade homologadas para non envorcar, dispoñan dunha estrutura de recubrimento da cabina previa a 2001. Nese momento xeralizáronse revestimentos específicos que, sen telos, impiden legalizar a situación dos tractores. A solución de moitos propietarios, se non queren circular en situación irregular, está sendo desmontar a cabina antes de ir pasar a ITV ou levalos ata Asturias ou Castela e León para pasar alí a inspección. Por eso, os socialistas instaron no Parlamento á Xunta a facer como as autonomías veciñas e aprobar unha instrución que facilite a regularización técnica. O PP rexeitou a proposta.

“O maior ataque sufrido ao longo da dilatada historia do colectivo profesional”. Así ven os axentes forestais e medioambientais a futura lei de emprego público de Galicia, xa aprobada polo Consello da Xunta como proxecto de lei. Tal como din, no anteproxecto figuraba que para acceder a un posto como funcionario nesta profesión xa non sería necesario contar co título de técnico superior en xestión forestal e do medio ambiente. Poderíase acceder sen unha formación específica previa. Bastaría a ESO e, por suposto, superar a oposición. A obriga de contar co título superior fora implantada polo goberno de Manuel Fraga en 2000, coa creación da escala de axentes facultativos medioambientais, e agora podería desaparecer, nun proceso “contrario ao que fan as demais autonomías”, segundo denunciaron conxuntamente os sindicatos UGT, CSIF, CCOO e CIG máis a Asociación Profesional de Axentes Forestais e Medioambientais de Galicia (Aprafoga).

PROGRAMA MELLORA CAMIÑOS TITULARIDADE MUNICIPAL Camiños: Mordón – Nogueira, Capador – Igrexa Tordoia, Paradela – Abongo, A Balsa e Tarroeira – Igrexa Castenda. TOTAL: 109.851 € CONVENIO DEPUTACIÓN PROVINCIAL Camiño da Balsa – Aboi, Beirarrúas no Castiñeiro, Camiño Abeleira – estrada Deputación (Bardaos) e Senda Peonil na DP 1914 (Carretera Carballo a Portomouro). TOTAL: 161.633 €

Manifestación do colectivo profesional en Santiago pedindo a rectificación da norma

As consecuencias, segundo explican, serían converter nun “despilfarro” a preparación para acceder aos postos nos últimos anos e sobre todo “unha degradación en toda regra que repercute negativamente na protección e defensa do medio ambiente”. Para os sindicatos e para a asociación profesional, que reuniron nunha

CONCELLO DE TORDOIA

deséxalles

Bo Nadal e Feliz Aninovo

manifestación en Santiago preto de 500 persoas, esta intención de “malograr as escalas de funcionarios e o servizo público é o primeiro paso para xustificar a externalización e privatización, eliminando a independencia dun sector estratéxico para o país, como é o forestal e o ambiental”, manifestan.

PLAN DTC 93 Reparación camiños: Santaia – Arcai Abaixo, Casa Cura Castenda, Vilarterreo – límitre con Ordes, Ambroa – Folgueira, Carballadrade. Repación accesos: Pedrouzos, Carpio, Tarroeira, Carballeira e Fontán. Reparación de Beirarrúas xunto Ximnasio Municipal. TOTAL: 165.191 €

P.O.S. Camiños en: Barral, Pintán , Seixán, Pereirovello, Brandoñas – Estrada Anxeriz, Saboi, Abeleiras, Cerdeiras, Estrada de Anxeriz a Rebordelos e Santaia a Castenda. TOTAL: 154.395 € DP- 8401 CARRETERA DE TABLILLA A AGRO DO MESTRE Mellora con “Aglomerado asfáltico e pintura” Fase 1: p.k 5,460 – p.k.7,8 (200.000 €) Fase 2: p.k 7,8 – p.k 11,4 (332.740 €) TOTAL: 532.740 €


crónicas - decembro 2014

19

PuBlicidAde Hoxe sabemos que a maioría das habilidades que nos conducen a unha vida plena son emocionais e non intelectuais. Aprender a regular as nosas emocións e as emocións dos que nos rodean, é un potencial innato, pero pode e débese traballar dende as idades máis temperás. A veces preocupámonos máis da transmisión de coñecementos e desenvolvemento intelectual dos nosos nenos, e cando os levamos o colexio ós 3 años, o que nos importa é que adquiran co-

Educación emocional Vanesa Gómez Rey, directora da Escolacontalento e psicopedagoga ñecementos, cando debería importarnos que formen a súa base social e emocional, para que poidan empezar a afrontar a vida. Os coñecementos adquiriranos pouco a pouco pero aprender a enfrontarse a unha frustración, a un NON, ou a calquera situación de tensión emocional non pode nin esperar nin

quedar en segundo plano. Na actualidade, moitos nenos teñen menos atención na casa, e elementos como a tele, internet, os videoxogos... substitúen na maioría dos casos as necesidades emocionais creando un baleiro que incapacita ós nenos a enfrontarse ó mínimo revés.

No sistema educativo actual a educación emocional ten un espazo teórico, aínda que, a súa posta en práctica é algo que queda pendente, primando máis os coñecementos teóricos e conceptuais. Unhas das dificultades frecuentes neste campo é a falta de autoestima e a pouca con-

• Campaña de Animación á Lectura. Sábados 20 e 27 de decembro e 3 de xaneiro “Contos do tempo de Nadal” ás 11:00 h. Venres 19 de decembro. Club de Lectura, ás 18:00 h. Venres 26 de decembro, Obradoiro “Somos amig@s invisibles!”, ás 18:00 h. Inscricións previas na biblioteca. • Sesión aberta dos alumno@s do Obradoiro de Teatro. Xoves 18 de decembro, ás 18:00 h, no centro cultural. Para todos os públicos. • Visitas dos Paxes Reais. Un carteiro e un paxe reais recollerán as cartas dos nen@s das garderías “A Ulloa” e “Trastes” e do CRA Oroso (no centro cultural) Tamén acudirán ao Fogar Residencial Porto Avieira. Venres 19 de decembro. • Teatro ATEACO. “Eirugas”. Venres 19 de decembro, ás 21:00 h. no centro cultural. • Obradoiro de decoración de Nadal con material de Refugallo. 2, 3, 4, 9, 10 e 11 de decembro, de 17 a 19:00 h. Prezo: 15€ empadroados. E o 22 e 23 de decembro, sesións para nenos/as de 16:30 a 18:00. Prezo:10€ empadroados. • Obradoiro de decoración de Nadal de cupcakes para neno@s. 22 e 23 de decembro. Inscricións ata o mesmo día do obradoiro. Prezo: 18€ empadroados e 22€ non empadroados.

fianza que teñen os nenos neles mesmos. Tanto na escola como na casa podemos axudar favorecendo a comunicación oral e a linguaxe emocional, dándolles a oportunidade de falar sobre as súas emocións e liberdade para expresalas. Non avergonzándoos a en público nin interrompéndoos cando están a contarnos algo, necesitan tempo para pensar. Se queremos corrixir a súa conduta o mellor é facelo en privado para que non se sinta cohibido, eloxiando tamén todos os seus logros.

• Maxia. Mago Martín Camiña co espectáculo “Intres de ilusionismo”. Martes 23 de decembro, ás 18:00 h, no centro cultural. Todos os públicos. • Concerto de panxoliñas. Venres 26 de decembro, ás 20:30 h, no centro cultural. Para todos os públicos. • Baile de Nadal para maiores. Sábado 27 de decembro, a partir das 19:30 h, no centro cultural. Co grupo Chanel . Dirixido á terceira idade. • Excursión a Xuvenlugo (atraccións, karts, piscina waterball…). Xoves 29 de decembro. Saída ás 15:30 h e regreso ás 21:00 h. Dirixido a rapaces e rapazas de 7 a 16 anos. Prezos: 10 euros (ata 12 anos) e 12 euros (de 13 a 16 anos). • Imos cantar os Reis. Martes 30 de decembro, de 17:00 a 20:00 h no centro cultural. Dirixido a nenos/as de todas as idades e ás súas familias. Inscricións no centro cultural. • Gran Cabalgata de Reis. Luns 5 de xaneiro. Ás 17:30h. saída da Estación de Vilacide e percorrido polas rúas de Sigüeiro. Recepción na Casa do Concello ás 18:15 h e chegada ao Pavillón de Deportes ás 19:00 h, onde haberá caramelos e inchables para todos/as!! • Festival de Ano Novo da Aula de Música. Venres 9 de xaneiro, ás 19:00 h. Todos os públicos.

Máis información no centro cultural 981 690 903 ou na páxina web (www.concellooroso.com)


Crónicas - Decembro 2014

20

Economía TÉXTIL

LEITE A multa por exceso de produción podería acadar os 37 millóns de euros

Viriato cambia de director e podería preparar unha redución de empregados

O Ministerio estima que seis de cada dez gandeiros terán que pagar a supertaxa

Cambios en Viriato. Un dos maiores emblemas do sector téxtil de Ordes, propiedade do Grupo Ríos, conta xa con novo director xeral. Raúl Juíz déixoulle paso a Alejandro Ríos, que contará cun consello directivo de apoio e encargarase do que na compañía chaman un novo plan estratéxico. Segundo publicou o portal modaes.es, citando fontes da empresa, ese plan pasaría por un “axuste” do persoal, na actualidade 162 persoas, a maioría traballadoras na factoría de Ordes. Os cambios alcanzarían tamén o produto. De acordo co mesmo sitio de internet, a intención de Viriato sería centrarse no xénero de punto, reposicionar a marca e satisfacer unha clientela que busca boa relación calidade-prezo. Outro punto forte do plan será reforzar as vendas no estranxeiro. Cunha nova directora comercial, o obxectivo sería que en tres anos o 40 % da produción se venda no exterior, fronte ao 28 % actual, segundo datos tamén divulgados por modaes.es. Entre finais da primavera e comezos do verán pasado, os traballadores da empresa secundaran varios paros reivindicando o pagamento de salarios. Antes, no verán de 2013, a empresa negara un eventual traslado da produción a Lalín, por un suposto interese de Florentino por adquirir Viriato.

O Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente estima que seis de cada dez gandeiros poderían exceder o seu límite de produción de leite na campaña que remata en abril, a derradeira na que rexe o sistema de cotas. O goberno central agarda que na recta final se conteña a elevada produción dos últimos meses, pero se se supera a asignación tamen advertiu de que si aplicará a coñecida como a supertaxa, a multa por exceso de produción. Segundo estas estimacións, en toda España a sanción podería aproximarse aos 75 millóns de euros. A metade corresponderíalle a Galicia, uns 37 millóns de euros. O informe do ministerio augura que o exceso ao remate da campaña será de 161.000 toneladas no conxunto de toda España, se ben nos últimos meses constata unha menor produción, en boa medida debida ao temor do sector á sanción económica. As organizacións sindicais móvense entre o consello de Xóvenes Agricultores de tratar de adaptarse á cantidade asignada e os datos diferentes que manexa Unións Agrarias. Este sindicato considera que o número real de gandeiros que podería sobrepasar a súa cota será de como moito o 20 %, semellante ao de campañas anteriores. E precisa tamén que eses excesos poden compensarse coas cantidades que lles faltan aos demais gandeiros para cubrir o seu cupo e coa cota de reserva.

s o t s e upu omiso s e r P mpr o sin c

O encontro foi organizado polas ADSG de Frades e de Mesía

Xornadas de gandeiría en Ordes Máis dun centenar de profesionais participaron nos Encontros Gandeiros organizados polas Asociacións de Defensa Sanitaria Gandeira (ADSG) de Frades e de Mesía. As xornadas, celebradas en Ordes, abordaron aspectos relacionados coa produción leiteira ou a seguridade sanitaria nas granxas. Contou coa intervención da directora xeral de Produción Agropecuaria, Patricia Ulloa, o ex conselleiro e actual profesor de Economía Agraria da USC, Francisco Sineiro, e as presidentas das ADSG de Frades, Natividad Botana, e Mesía, Pilar Bello, entre outros. Por outra parte, a conselleira do Medio Rural, Rosa Quintana, asegurou nunhas xornadas en Santiago que “temos que considerar como unha oportunidade” a desaparición das cotas para “entre todos afondar na profesionalización do sector”. Quin-

tana cre necesario impulsar unha única Organización de Produtores de Leite cunha posición forte para negociar cos compradores. Tamén apelou á unidade do sector e da administración para mellorar e estabilizar os prezos, que por certo volven baixar.

ESPECIAL FIN DE AÑO s una a e s des Fiesta s e L ces Feli

RECOGIDOS: desde

15,90 €

Revisiones gratuitas

SEMIRECOGIDOS: desde

14 €

Salud Bucal

MANICURA MUJER + ESMALTE:

Clínica Dental • Odontología General • Extracciones molares y Estética del juicio • Ortodoncia • Colocación de implantes • Prótesis sobre implantes • Apicectomías Eduardo Pondal, 11 Bajo. ORDES

981 680 320 - 620 822 531

6,90 € TINTE + LAVAR + PEINAR + MASCARILLA: desde

Reserva cita: 622 161 134 HORARIOS: Lunes: Martes a Viernes: Sábados:

16:30 9:00 16:30 9:00

-

20:30 13:30 20:30 14:00

h. h. h. h.

17,90 €

LAVAR + PEINAR + MASCARILLA: desde

6,90 €

CORTE HOMBRE:

7,90 €

RÚA DE GALICIA Nº 14. BAJO - 15680 ORDES


crónicas - decembro 2014

21

XeNte de Aquí CRÓNICAS ofrece a axenda máis completa dos eventos previstos para as vindeiras semanas na contorna

e que podemos facer durante as festas de Nadal? CERCEDA.- 18 de decembro: Papá Noel visita os centros escolares do municipio. 21 de decembro: Gala ‘O son das aulas’ no auditorio (18 h). 5 de xaneiro: Cabalgata dos Reis Magos desde as 17:30 horas. FRADES.- 23 de decembro: festa infantil de Nadal no multiúsos. 2 de xaneiro: Mago Dani no multiúsos. 4 de xaneiro: Festa de Reis no pavillón da Pontecarreira. s MESÍA.- 19 de decembro: Visita do Apalpador e Zumba de Nadal no CPI de Xanceda. 22 de decembro: Saída a Xuvenlugo pola tarde e para todas as idades, con prazas limitadas. 23, 26 e 30 de decembro e 2 de xaneiro: obradoiros e xogos no XoeCon de Nadal, polas mañás. 23 e 30 de decembro e 5 de xaneiro: cachibol de Nadal no pavillón de Olas (11 horas). 29 de decembro: excursión á Coruña para patinaxe sobre xeo a cine. 5 de xaneiro: Festa de Reis no pavillón de Xanceda (16:30 a 20 horas). 25 de xaneiro: saída á neve en Leitariegos, para maiores de 5 anos. Inscricións antes do 17 de xaneiro. ORDES.- 16 de decembro: Visita dos paxes reais á gardería municipal e ás escolas unitarias. 19 de decembro:

Contacontos na Biblioteca (18:30 horas). 23 de decembro: obradoiro de construcións navideñas en 3D. 27 de decembro: Festival de Nadal da asociación Amigos de Música en colaboración co Concello, na Casa da Cultura (19:30 horas). 29 de decembro: Festa infantil de Nadal no pavillón do Campomaior (16:30 horas). 5 de xaneiro: Cabalgata dos Reis Magos. OROSO.- 18 de decembro: sesión aberta do obradoiro de teatro, ás 18:00 horas no centro cultural. 19 de decembro: Club de Lectura (18:00 horas) e representación teatral ‘Eirugas’ a partir das 21:00 horas no centro cultural. 19 de decembro: visita dos paxes reais ás garderías, ao colexio rural agrupado e á residencia de Porto Avieira. 20 e 27 de decembro e 3 de xaneiro: Contacontos ás 11:00 horas. 22 e 23 de decembro: obradoiro infantil de decoración de nadal de cupcakes. 23 de decembro: visita ás Brañas da Valga de Mesía, coa actuación do mago Martín Camiña. 26 de decembro: obradoiro infantil de lectura (18:00 horas) e concerto de panxoliñas a partir das 20:30 horas no centro cultural. 27

Os Reis Magos son os máis agardados e visitarán os sete municipios da comarca

de decembro: baile de Nadal para os maiores, ás 19:30 horas. 29 de decembro: excursión a Xuvenlugo, con saída ás 15:30 horas. 30 de decembro: Obradoiro ‘Imos cantar os Reis’ de 17 a 20 horas no centro cultural. 5 de xaneiro: Cabalgata de Reis, a partir das 17:30 horas. 9 de xaneiro: Festival de Ano Novo da Aula de Música no centro cultural (19:00). TORDOIA.- 18 de decembro: Visita do carteiro real ao CPI Pecalama (11:00 horas). 2 de xaneiro: Noites de Tasca no Bar Calviño (21 horas). 5 de xaneiro: Cabalgata de Reis

no CPI Pecalama con obradoiro de postais, contacontos, xogos en grupo, globoflexia (17-19 horas). TRAZO.- 17 de decembro: ‘Os sete magníficos máis un’ actúan no C.S. Polivalente (17 horas). 22 de decembro: Obradoiros infantís de Nadal no Polivalente (17-20 horas). 23 de decembro: Festa de Nadal no Polivalente, con inscrición previa para os obradoiros (17-20 horas). 26 de decembro: Mago Dani en Acción no Polivalente (17 horas). 5 de xaneiro: Cabalgata de Reis polas rúas de Viaño Pequeno e festa no pavillón.

CABALGATA DE REIS EN FRADES Domingo 4 de xaneiro. De 16:00 a 20:00 horas. 16:00 h.: Desfile polo núcleo urbano de Ponte Carreira 17:00 h.: No pavillón polideportivo municipal de Ponte Carreira: Recepción dos Reis, inchables, animación, xogos, obradoiros, lambetadas, xogos populares, etc.

Organiza: Concello de Frades

Colaboran: Grupo Sarillo de Aiazo ANPA CPI Ponte Carreira

“Benqueridos veciños e veciñas de Frades: Aproveito a ocasión que me brinda Crónicas para trasladarvos os meus desexos de felicidade para estes días de festa e de reecontro. Tamén quero convidarte a participar nas actividades que temos programadas para este Nadal e que, aínda que están especialmente dirixidas aos máis pequenos da casa, tamén están pensadas para disfrutar en familia. Neste sentido, quero aproveitar para agradecer o traballo que realizan os traballadores municipais e, especialmente, a colaboración de asociacións e entidades sen cuxo traballo non sería posible desenvolver a gran cantidade de actividades que levamos a cabo. Remata un ano no que conseguimos grandes cousas, como a nova depuradora da Ponte Carreira, as melloras no colexio ou os servizos de fisioterapia e perruquería a dependentes. Dende o Concello de Frades seguiremos traballando por darvos máis e mellores servizos e por mellorar as nosas infraestruturas, cun investimento de máis de medio millón de euros nas nosas estradas durante 2015 ou poñendo en marcha un punto limpo para todos os veciños. Roberto Rey Martínez Alcalde de Frades

A todos vós e aos fradenses que viven lonxe do noso concello: BO NADAL E FELIZ 2015.


22

Crónicas - Decembro 2014

xente dE aquí ORDES A festividade da patroa da música celébrase con concertos na rúa, un xantar multitudinario e sorteos

Os músicos de Ordes celebran a Santa Cecilia Se unha data non pasa por alto un amplo sector da sociedade de Ordes é a celebración de Santa Cecilia, patroa dos músicos. As celebracións deste ano, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Música de Ordes en colaboración co Concello, congregaron un considerable número de persoas, a pesar de que a meteoroloxía non foi propicia. A xornada comezou pasado o mediodía cun concerto da Banda de Música aberto a todo o público no Campo da Feira. A organización, consciente de que a chuvia non ía ter respecto, xa colocara unha carpa, o que axudou a garantir o público. O cuberto serviu tamén para acoller o xantar de confraternidade, que contou coa asistencia dunhas duascentas persoas, entre socios, integrantes da banda e quen adquirira as entradas. Por parte do goberno municipal, acudiu o alcalde, Manuel Regos, e varios concelleiros máis. Despois do xantar, a banda ofreceu unha nova actuación e procedeuse ao sorteo de varios agasallos entre os asistentes. E non faltou unha verbena á noite, co grupo Alborada.

Numeroso público acudiu a escoitar o concerto da banda, baixo unha carpa para resgardarse da chuvia da xornada

En Ordes hai moita afección pola música e o xantar de confraternidade é unha boa ocasión para reunir os interesados por tal arte

FRADES

ORDES

Concerto e obradoiro infantil da man do programa FalaRedes

Danza para conmemorar o quinto cabodano de Liñares

A actuación trata de promocionar a lingua galega entre os máis cativos

O grupo Sementes da Arte, creado polo propio Liñares, na súa actuación

O programa FalaRedes, para a promoción da lingua galega entre os máis novos, trouxo ata Frades o espectáculo ‘Brinca vai, de aquí a acolá’, un concerto e obradoiro para os máis cativos no que o actor e músico Paco Nogueiras os motivou a cantar, bailar e xogar. A iniciativa da secretaría xeral

Un espectáculo de danza co grupo folclórico Sementes da Arte e co grupo Ibérica de Danza conmemorou o quinto cabodano do pasamento de Juanjo Liñares, bailarín e coreógrafo de sona internacional e fillo predilecto de Ordes. O acto de homenaxe, na Casa da Cultura, comezou coa proxec-

de Política Lingüística e do Concello contou coa participación dunhas sesenta persoas, entre elas o alcalde, Roberto Rey. A actuación estivo precedida por unha chocolatada de balde, organizada polo concello e pola Asociación de Nais e Pais do Alumnado do CPI da Pontecarreira.

ción de imaxes da traxectoria de Liñares, e continuou coas actuacións das dúas formacións, moi ligadas á figura que lle dá nome ao Museo do Traxe. Os concelleiros Ramón Vázquez e Lucía Iglesias entregáronlles unha placa de agradecemento aos membros de Ibérica de Danza.


crónicas - decembro 2014

23

XeNte de Aquí Moda y complementos para mujer al mejor precio

Calle Compostela, 30 ORDES

Las mejores marcas españolas y las últimas tendencias

981 681 553

Sombrero-de-Copa

SOMBRERO DE COPA les desea unas Felices Fiestas y un próspero año 2015

MESÍA

ORDES

Outono saudable coas saídas municipais ao balneario

Os nenos de Ordes pérdenlle o medo á cociña no curso local

Participantes nas catro saídas de Mesía a Guitiriz nas últimas semanas

A tanda de outono das saídas ao balneario do Concello de Mesía concluíu a comezos de decembro, coa participación dunhas trinta e cinco persoas. As catro xornadas no Balneario de Guitiriz (Lugo) forman parte do programa municipal ‘Deporte é saúde’ e tratan de mellorar o benestar físico dos participantes empregando os tratamentos que se ofrecen nas instalacións.

Os participantes, que puideron escoller entre o ciclo completo e acudir en días soltos, contaron para o traslado cun servizo de autobús con paradas en distintas parroquias. As saídas ao balneario de Guitiriz son organizadas polo Concello con certa periodicidade, xeralmente na primavera e no verán, dentro da súa oferta de actividades saudables para a poboación.

coorudene sels o

Muebles de Cocina Fuente Estrey, s/n Tel: 981 68 83 29 Móvil: 629 808 796 couselo cocinas@telefonica.net

15680 ORDES A Coruña

Electrodomésticos Alfonso Senra, 116 Tel: 981 68 08 09

Ao curso infantil de cociña acudiron nenos e nenas de oito a dezaseis anos

Dezasete nenos e nenas de entre oito e dezaseis anos participaron no curso infantil de cociña, que xa rematou en Ordes. Durante un mes, aprenderon a elaborar algúns dos pratos que máis lles gusta ver na mesa, como a pizza, os spaghetti á carbonara,

as croquetas ou, xa nos postres, o chocolate fundido e o biscoito de laranxa. Deste curso encargouse Manuel Iglesias Vieites, cociñeiro e mestre dos distintos cursos deste ámbito que organiza o Concello de Ordes.


crónicas - decembro 2014

24

XeNte de Aquí COMARCA Sucédense na bisbarra os actos de reivindicación e concienciación contra a violencia de xénero

Máis alá do 25 de novembro, cada día conta Moi poucos veciños da comarca quedarían ser ver ou escoitar este ano por algures o lema “Contra a violencia de xénero, cada día conta”, baixo o que se agruparon as distintas actividades impulsadas pola Mancomunidade na conmemoración do 25 de novembro, día internacional para a eliminación da violencia contra a muller. Ademais dos habituais obxectos de promoción deste tipo de campañas, como bolsas distribuídas a través dos comercios locais ou pulseiras, chapas e calendarios de peto, unha das accións que fixo máis visible a campaña foi a que implicou as escolas e as entidades deportivas dos sete municipios elaborando os seus propios vídeos para difundilos a través de internet. Conseguiuse así unha iniciativa orixinal, acorde aos tempos e con moita capacidade para chegar aos

máis novos e a todo usuario das novas tecnoloxías. Os vídeos suman centos de visionados na canle de ‘youtube’ do Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Ordes. No plano institucional, representantes dos sete Concellos asinaron un manifesto conxunto no que ratificaron o “firme compromiso” para erradicar a violencia machista, fomentar a igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e apoiar as vítimas. O presidente da entidade supramunicipal e alcalde de Ordes, Manuel Regos, aproveitou o acto de sinatura para lembrar que “esta é unha tarefa que desenvolvemos ao longo de todo o ano e non só nunha data tan sinalada como é o 25 de novembro” e incidiu en que a educación dos máis novos é clave para conseguir acabar co problema. Neste sentido, a Mancomunidade

En Oroso, unha das actividades específicas do 25-N foi un obradoiro de autoprotección no que participaron trece mulleres. Foi unha sesión de tres horas na que as participantes puideron aprender técnicas de defensa ante calquera perigo. A clase impartiuna un especialista en artes marciais. Tamén no marco do 25-N, ofreceuse a representación teatral ‘O país dos mandóns’, na que a compañía Ghazafellos aborda o machismo e a igualdade de xénero.

C/ Lagartos, 26 ORDES -A CORUÑA Telf: 981 682 979

Gaia Saúde

• Productos para celíacos • Logopedia • Psicología • Podología • Depilación láser • Fisioterapia • Dietética • Nutrición

Se alquila local en la parte de atrás

Acto da Mancomunidade para expresar o rexeitamento á violencia machista

desenvolveu o programa IgualaR3, que chegou a máis de mil alumnos e alumnas de secundaria da comarca,

co propósito de favorecer que medren, se desenvolvan e se relacionen sen prexuízos sexistas.

Ademais das institucións públicas, tamén as entidades sociais se implican na loita contra a violencia de xénero. É o caso da Cruz Vermella de Ordes, que impartiu un obradoiro especial nas instalacións do Museo do Traxe Juanjo Liñares, en colaboración co Concello. Tratouse dunha actividade orientada á mocidade, colectivo no que con demasiada frecuencia continúan aparecendo prexuízos sexistas que se consideraban superados.

SANTA CRUZ DE MONTAOS ORDES - ESTRADA N-550

981 682 316 627 161 388


crónicas - decembro 2014

25

XeNte de Aquí FRADES

Éxito do concurso de tapas de Frades A raxería Alba gañou o primeiro concurso ‘De tapas por Frades’, no que participaron seis establecementos. A preparación gañadora foi ‘Setas con gulas e gambas con brocheta de champiñón, raxo e bacon’. O premio é de 300 euros e unha placa. O segundo premio, de 150 euros, tamén escollido coas votacións dos clientes, foi para o ‘Guiso de polbo’ do bar Vilariño. O certame sumou 181 clientes,

entre os que se sortearon premios: a cea para dúas persoas foi para Lucía Mosquera e o circuíto termal para dúas persoas para Rocío San Miguel, as dúas veciñas de Frades. O alcalde, Roberto Rey, asegura que “durante os tres días houbo unha grande afluencia de xente nos bares participantes”, ata o punto de que o Concello tivo que imprimir e repartir máis boletos de votación dos que tiña previstos inicialmente.

Preparación gañadora do certame

ORDES

ORDES

Remata o curso de atención a dependentes no domicilio

A ONG Andaina adquire unha furgoneta para a súa actividade

As persoas participantes no curso, co alcalde de Ordes, Manuel Regos

O curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio chegou á súa fin en Ordes. Despois de 628 horas de formación, con teoría na aula formativa do Mesón do Vento e prácticas en empresas e organizacións da comarca, os quince participantes obteñen un certificado de profesionalidade. O alcalde de Ordes e presidente da Mancomunidade, Manuel Regos, encargouse da clausura do

curso e destacou que “cada vez hai máis persoas maiores que precisan de coidados especializados, polo que este tipo de cursos están cada vez máis demandados”. Regos lembrou ademais que a administración require unha titulación oficial para traballar nesta actividade e emprazou ao alumnado a “deixar o currículo no Concello por se algunha vez podemos darlle unha oportunidade a alguén”, dixo.

Rúa da Canteira nº 11 15680 Ordes (A Coruña)

A entidade adquiru o vehículo cunha subvención da Deputación da Coruña

A ONG Andaina pro Saúde Mental adquiriu unha furgoneta que facilitará a súa actividade cotiá. Con este medio de transporte propio, poderán trasladar os seus usuarios e voluntarios tanto para dirixirse as sedes que a entidade ten en Ordes e en Dodro como para as excursións e visitas de in-

Moda y complementos

terese. Tal como destacaron desde a asociación, a do transporte era unha das principais necesidades que tiñan ata agora e que así ven resoltas. Para adquirir o vehículo, Andaina pro Saúde Mental contou co apoio da Deputación da Coruña, cunha subvención de 8.000 euros.

Teléfono: 981 697 517 Síguenos


26

Crónicas - Decembro 2014

xente dE aquí MESÍA

ORDES

A biografía de Gómez Carneiro presentarase o 9 de xaneiro

Visita do alumnado do Maruxa Mallo á biblioteca municipal

‘A República da Berxa. Antonio Gómez Carneiro e o seu tempo (1899-1979)’, o libro que reconstrúe a traxectoria vital de quen foi alcalde de Mesía durante dous curtos periodos da Segunda República, presentarase o venres 9 de xaneiro nun acto na Casa da Cultura en Xanceda a partir das 20:30 horas. A obra, da autoría do historiador de Oroso Manuel Pazos e editada pola Asociación Cultural ‘Obradoiro da História’ de Ordes, está patrocinada pola Mancomunidade de Municipios e conta coas colaboracións do Concello de Mesía, do Concello de Oroso e de asociacións culturais de Mesía. No acto de presentación participarán, ademais do autor, o presidente da mancomunidade, o alcalde de Mesía, o alcalde de Oroso, e Emilio Grandío, profesor de Historia Contemporánea da USC. O peche será musical, coas cantareiras da Escola de Música e Baile Tradicional de Mesía e con Mini e

A visita á biblioteca permitiulles coñecer tamén o funcionamento do CIM Manuel Pazos Gómez, autor da obra

Mero (A Quenlla). A obra, sobre a que Crónicas ofrecera xa unha reportaxe no seu número de outubro, dá conta do perfil político de Gómez Carneiro e da represión que sufriu por parte do franquismo, con seis anos de cárcere despois de seis agochado, ademais da súa faceta emprendedora e industrial.

Uns setenta alumnos e alumnas de segundo curso da ESO do IES Maruxa Mallo de Ordes visitaron a biblioteca municipal para coñecer as súas instalacións, os servizos que ofrece e as actividades que programa. Desde o instituto entregáronlle á biblioteca un exemplar de ‘Icía e Avoa’, dedicado pola súa autora Sabela Arias, que é profesora no

centro educativo. A visita permitiu tamén un encontro coa directora do Centro de Información á Muller. Nazaret González explicoulles as accións que desenvolven para axudarlles ás vítimas de violencia de xénero, os distintos perfís que atenden desde o CIM, e consellos de pautas a seguir se coñecen algún caso de violencia.

OROSO

FRADES

Os maiores recorren á música para manter o corpo en forma

Excursión a Ourense para coñecer o termalismo da cidade

Os excursionistas, recibindo explicacións sobre o fenómeno termal A sesión de musicoterapia centrouse en coordinar o son e os movementos

O programa ‘Martes Saudables’ do Concello de Oroso dedicou a súa sesión de novembro á musicoterapia, co propósito de que os participantes, uns quince maiores, aprendesen o valor da música para mellorar o seu estado

físico e mental. Ademais das explicacións teóricas, practicaron cantando e bailando. O Concello lembra que o derradeiro sábado de cada mes ofrece sesións de baile para a terceira idade no centro cultural de Sigüeiro.

A excursión municipal de Frades a Ourense reuniu uns setenta e cinco participantes. A visita serviulles para coñecer parte da cidade, sobre todo as súas termas. Ao pouco de chegar á cidade, acudiron ata Outariz para participar nunha sesión termal. Despois chegou o momento de xantar, antes

de pasar boa parte da tarde aproveitando o tempo para dar unha volta pola cidade. Ademais da zona antiga e monumental, unha das paradas especiais antes de retornar para a casa foi no centro de interpretación das Burgas, moi útil para coñecer a natureza e aproveitamentos das augas termais.


crónicas - decembro 2014

27

dePORteS ENTREVISTA ao Club Deportivo Mesía, equipo líder do grupo 3 da terceira división autonómica

“O noso gran risco sería crer que está todo feito” - O CD Mesía comezou a tempada en plena forma, á vista dos resultados. A categoría quedaselle pequena? - Pode ser, pero nesta categoría calquera che pode gañar, e se se consegue o ascenso manterse vai ser moi complicado. - Cales son os puntais sobre os que se está asentando o xogo do equipo? - Sobre todo o xogo colectivo, e a solidariedade entre todos os xogadores, todo o mundo axuda e colabora, tanto en labores ofensivos como defensivos, baseándose sobre todo no fútbol de toque e na posesión do balón. - Hai algún risco, á marxe de lesións e outros imprevistos, de que esta boa traxectoria se torza? É dicir, que aspectos coida máis o equipo para rendir? - O gran risco sería crer que está todo feito e baixar os brazos, debemos xogar tódolos partidos con intensidade e sen despistes. - Que rivais son os vosos preferidos? - Sempre nos gusta xogar con equipos da contorna, como o Abellá, o Vizoño ou o Curtis, pero tamén contra os

rivais de máis nivel. Este ano os rivais a batir serán o Mesón e o Bribes. Non me esquecería do Atlético Sobrado, que sería tamén un dos favoritos pero vén lastrado polo seu mal inicio. - Houbo unha renovación importante nesta tempada. Era necesaria ou foi causada polas circunstancias? - Máis ben foi causada polas circunstancias, fóronse bos e grandes xogadores ben sexa por retiradas ou por cambiar de aires, os que sempre lles estaremos agradecidos por formar parte deste club, pero viñeron outros novos que cumpren as expectativas de sobras e estano a facer moi ben. - É difícil conseguir xogadores nesta categoría? E manter a estabilidade do plantel ao longo da tempada? - Nesta categoría e en moitas cada vez é máis complicado conseguir xogadores, dado que hai menos xente nova, e parte das novas xeracións está perdendo o interese por este deporte. Nós este ano estamos tendo sorte coas lesións, que nos están respectando e sempre hai xente dabondo para adestrar, á

A FICHA DO EQUIPO - Nome: Club Deportivo Mesía. - Ano de creación: 1994. - Número de socios: Aproximadamente 150. - Instalacións: Campo das Mariposas. - Xunta directiva: - Presidente: José Manuel Vales. - Vicepresidente: Manuel López Pardo. - Tesoureiro: Javier Fernández. - Secretario: David Grobas. - Vogais: Francisco Uzal, Eva Martín. - Xogadores: Adri Barba, Marcos Barros, Miguel Grobas, Alejandro Abelleira, Fran Carro (Sesto), Manuel García (Montis), Miguel González, Manuel J. Gónzalez (Campelo), Diego Coiral, Diego Martínez (Torreiro), Jesús Vázquez (Carre), Manuel Blanco, Diego Franqueira, Diego López (Mesi), Marcos Coiral, Manuel Mosquera, Dani Regos, Cristian Sánchez, Dani Viana, Rubén Grobas (Kaky), Marco Manteiga (Mijés), David Rivera e Maikel Mosquera. - 1º adestrador: Roberto Iglesias. 2º adestrador: Víctor Valiña. - Para non perderlle a pista ao club: - Facebook: http://facebook.com/clubdeportivomesia - Twitter: http://twitter.com/cdmesia

Plantel do Club Deportivo Mesía para a competición desta tempada 2014-2015

parte da boa relación entre todos os xogadores do plantel. - Traballan en formar unha canteira ou nun concello pequeno non é viable? - No noso caso é inviable, xa que non contamos cunhas instalacións adecuadas para poder facelo. - A preparación técnica en conxunto é fundamental para un bo resultado ou pódese triunfar igual co adestramento individual? - O traballo en conxunto é fundamental e indispensable, sen o xogo en equipo é imposible poder triunfar. As individualidades son un complemento, que pode axudar moito, pero sen un xogo colectivo están condenadas ao fracaso. - O club está en condicións de sobrevivir? Cales son as principais dificultades? - Claro que está en condicións de sobrevivir, pero as dificultades non son poucas, sobre todo polo tema económico, cada vez é máis dificil financiarse e os gastos cada vez maiores. - Contemplan a posibilidade de unir o fútbol do municipio de Mesía nunha única entidade? Sería negativo ou conseguirían un club máis competitivo?

- Nós nunca contemplamos esa opción, posto que as directivas de ámbolos dous equipos do concello traballamos de distinta maneira e temos diferentes puntos de vista, co que sería unha unión condenada ó fracaso. - Cal é o momento da historia do club do que se senten máis orgullosos? - Seguramente o ascenso a segunda rexional e a pasada campaña en segunda, que a pesar do mal arranque, o equipo dou a cara ata o final e fíxose unha gran segunda volta, tendo opcións de salvación ata o último momento. - Se tivesen que identificar o CD Mesía cunha persoa, ou incluso personaxe, sexa actual ou sexa ao longo da súa historia, quen sería? - O C.D. Mesía sempre se poderá identificar con dúas persoas: Roberto de Quique, capitán do equipo durante moitos anos e probablemente o xogador con máis partidos xogados na historia do club, e con Pardo, delegado do equipo e de sempre ligado ao club. - Que lles gustaría mellorar das instalacións coas que contan? - Probablemente o terreo de xogo, xa que que sufre moito coa auga, e unha mellor iluminación.


28

Crónicas - Decembro 2014

DEPORTES ENTREVISTA Santi Moar Sánchez, futbolista e estudante de Ordes na Pfeiffer University de Carolina do Norte

“Gustaríame volver, pero aquí hai máis saídas” Aos 21 anos, Santi Moar Sánchez, do Peñasco (Barbeiros, Ordes) e residente na vila desde hai uns anos, está aproveitando ao máximo a oportunidade da súa vida. Desde hai catro meses, estuda maxisterio en educación física na Pfeiffer University de Carolina do Norte (USA), e xoga ao fútbol no equipo universitario. É unha bolsa dun ano, ampliable a catro se todo vai ben no deportivo e no académico. El é optimista e cre que vai ser así. - Ti estabas como adestrador infan- nos estamos adaptando ou non. Simpletil na S.D. Ordes, xogabas no Sporting mente aproveitamos o tempo para disfruSada de preferente, remataras o nivel 1 tar da experiencia. de adestrador e o ciclo de Imaxe e Son na - E que utilidade vai ter no teu futuro Coruña... Como apareceu esta oportuni- profesional? dade? - Nos tempos nos que estamos, onde vi- Pódese dicir que o ano pasado tiña vir do fútbol é menos que probable, simplebastantes cousas na cabeza, e unha delas mente poder usar o fútbol para sacar unha era buscarme oportunidades tanto nos es- carreira universitaria e compaxinar as dúas tudos como no fútbol e a final apareceu no cousas é algo que en España non resulta estranxeiro. tan fácil. Ademais estudar en Estados UniA oportunidade apareceu nuns parti- dos aprendendo un novo idioma sen dúdos que organizaron na Cidade das Rozas bida vai ser útil para o meu futuro profe(Madrid) en febreiro. Nunha fin de semana, sional. O meu obxectivo é seguir xogando viñeron distintos adestradores de América ó fútbol ata que o corpo aguante e canto para fichar xogadores españois. Podía ser máis arriba mellor, pero teño claro que unha boa oportunidade, non tiña nada que do fútbol non se vive, polo que formarme perder, fun probar e afortunadamente o con vistas a encontrar traballo é o principal terceiro día xa tiña un par de ofertas para obxectivo a longo prazo. virme para aquí. Xa coñecía varios casos de - Onde ves ese futuro profesional: en xogadores da Coruña e da Laracha que fixe- Estados Unidos, en Galicia…? É dicir, tes ran esto en anos anteriores e estaban moi pensado quedarte? contentos, polo que me animaron moito a - É difícil sabelo, un nunca sabe onde aproveitar esta ocasión. pode acabar, pero en principio unha vez re- Custouche moito conseguilo? Tive- mate a carreira gustaríame volver a Ordes ches dúbidas á hora de dar o paso? e utilizar os meus estudos para formar a - Cando me presentei ás probas sabía miña vida alí coa miña xente, e seguir xoque ía ser difícil porque ía xente de toda Es- gando en Galicia. Pero está claro que aquí paña e sería complicado destacar. Pero me- en Estados Unidos hai moitas máis oportutinme na cabeza que esto era o que quería, nidades, e creo que tería moitas máis saífun a por todas, e ao das aquí que en Esfinal saíu todo ben. paña, pero é moi Despois tiven que “Entre adestrar, partidos e cedo para sabelo. aprobar dous exa- viaxes non queda tempo a - É moi diferente mes de nivel de in- pensar se me estou adap- a visión do deporte glés para poder enna sociedade nortetrar na universidade, tando ou non, simplemente americana? disfrutar da experiencia” e isto foi quizais o - Totalmente disque máis tempo e tinta. Empezando esforzo me requeriu. Estiven dous ou tres pola educación, co sistema que teñen aquí meses sabendo que se suspendía acabá- dende pequenos os rapaces e rapazas tebase aí o conto. Cando xa tiña todo, non ñen a oportunidade de xogar distintos defoi difícil para nada dar o paso. Só pensaba portes nas ligas escolares: baloncesto, socno que me custara facer todo eso e para cer, voleibol, fútbol americano, béisbol, teadiante, xa non había volta atrás. nis, natación... E despois elixen cal é o que - Foi moi difícil a adaptación? máis lles gusta para centrarse nel. En Es- Está sendo moi boa. Dende o primeiro paña, desgraciadamente os nenos teñen día tratáronnos de luxo a min e os xogado- o fútbol e pouco máis. Se queren triunfar res que vimos de fóra e axúdannos en todo noutro deporte téñeno moito máis difícil o posible, empezando polo adestrador. que aquí. Dende o primeiro día comezamos a coñePor outra parte, aquí cando un deporcer xente, fixemos unha boa piña entre va- tista acaba o High School (2º de Bacharerios rapaces e non paramos de facer cou- lato), o principal obxectivo é entrar nun bo sas. Entre adestrar, os partidos e as viaxes equipo universitario cunha boa beca. Así non nos queda moito tempo a pensar se poden seguir xogando ao máximo nivel, á

Moar está moi satisfeito de poder compaxinar o deporte cos estudos

vez que seguen os seus estudos. Esto facilita moito as cousas, dado que en España moita xente deixa os estudos por dedicarlle moito tempo ao deporte, e non teñen a posibilidade de estudar como quixeran. Aquí eso téñeno moi claro, un xogador debe estudar e xogar ben, obviamente. - Entre nós, sabían xogar ao fútbol ou estaslles enseñando? - Pois sorprendeume bastante o nivel que hai nas ligas de aquí. Criamos que ían ser moito peores pero a verdade é que hai moitos equipos con nivel e moi bos xogadores. De todas formas, tanto eu como o resto de europeos que viñemos este ano estamos aumentando o nivel e si que se nota algo a diferencia entre fútbol de España e o de aquí. Os equipos que están arriba na clasificación teñen un ou dous americanos no seu 11 inicial, o resto son todos xogadores internacionais, o que deixa claro o nivel en Europa en canto a fútbol é moito maior. - En que se diferencia o día a día do equipo no que xogas, o Pfeiffer University Athletics, co da SD Ordes, por poñer un exemplo? - A principal diferencia é que aquí o xogadores estamos todo o día xuntos. Estudamos xuntos, comemos xuntos, estamos na residencia xuntos, e o final eso nótase no campo. Somos todos xogadores de 18 a 23 anos, polo que hai moi bo ambiente no vestiario. Pero eso si, adéstrase demasiado, practicamente todos os días, e moitos con dobre sesión, mañán e tarde. E outra diferencia grande é o presuposto. Aquí non escatiman en nada. Se temos un partido fóra, non teñen problema en poñernos un hotel e pasar alí a noite antes do partido e moitas outras cousas que fan que esteamos moi a gusto aquí. - En que posición xogas? Vai cambiar algo a túa forma de xogar tras pasar por esta etapa? - Son xogador de ataque, e normalmente xogo en banda. Sinceramente, a miña forma de xogar segue sendo a mesma. Se cadra pouco a pouco un xa vai correndo cada vez menos, polo que terei que ir aproveitando a experiencia que vaia

collendo, pero en principio aproveitarei as cualidades que aínda van quedando. - En canto aos estudos, están sendo moi esixentes ou son dixeribles? - Estudo algo que me gusta, polo que non me resulta tan complicado como me esperaba. Quizais aquí as clases son un pouco más doadas que en España, pero coa dificultade do inglés fanme falta bastantes horas de estudo para ir tirando. - Cal é a maior diferencia en comparación coa formación académica de aquí? - A maioría de clases que teño son de 10-15 personas, polo que o ensino universitario é moito máis individualizado e os profesores son moito máis cercanos que en España. Tamén a educación baséase en traballos diarios, asistencia e participación na clase, e non tanto en exames finais como en España. Pero a principal diferencia é que aquí a educación é bastante máis cara que en España. Para un estudiante que non teña ningún tipo de beca, esta universidade pode chegar a costar 36.000 dólares anuais, polo que a educación é bastante boa e céntranse bastante en formarnos para o futuro. De todas formas, a maior parte dos estudantes teñen beca, ou ben deportiva ou do estado, ou por simplemente ser internacional. - Ofrécenche tutela continuada ou trátase de que aprendas a buscarte a vida? - Aquí os que vimos de fóra temos as mesmas facilidades que os que son de aquí. Non te creas que lles preocupa moito que non falemos de todo inglés. Os exames, traballos e esixencia son os mesmos, polo que non nos queda outra que buscarnos a vida. - Deixando a un lado familia, amizades, mascotas e demais, que é o que máis botas de menos? - Pois moi fácil respota. A comida e a Estrella Galicia. O pulpo, a carne asada, unha boa tortilla e o raxo con patacas… Bótase de menos ós irmáns, sobre todo a Sonia e por suposto a súa comida (risas). Outra cousa que boto de menos é adestrar os meus pequechos, que era algo co que disfrutaba e me axudaba a desconectar. Pero bueno, unha de cal e outra de area...


Crónicas - Decembro 2014

29

DEPORTES ATLETISMO

TENIS DE MESA

FÚTBOL SALA

O domingo 21 dispútase a IX Milla Urbana de Ordes, dedicada a Iván Raña

Pleno de victorias dos distintos equipos do Oroso TM en ligas

Mesía celebra o sétimo torneo solidario contra o cancro o domingo 28 de decembro

A novena Milla Urbana de Ordes celébrase o vindeiro domingo 21 de decembro, a partir das 17 horas no Campo da Feira. O evento estará dedicado nesta ocasión ao atleta máis destacado do municipio, Iván Raña. A competición ten aberto o prazo para anotarse ata o venres 19 ás 22 horas, na web correrengalicia.org. Pode participar calquera persoa, sempre que nacese a partir de 2008. Segundo a categoría, establecéronse percorridos entre os 100 metros e os 1.609 metros. A organización prevé trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría e premios en metálico de 50, 30 e 20 euros para os tres primeiros postos da carreira absoluta. Ademais, está prevista unha recollida solidaria de alimentos, para a que se pide que tanto os corredores como os espectadores acudan cun quilo de produtos non perecedoiros.

Partido entre o Oroso TM Celme e o Cidade de Narón, na división de honra feminina

Os distintos equipos do Oroso TM ofreceron outra boa mostra de fortaleza na última xornada de competicións de liga antes do peche desta edición. O equipo de división de honra feminino, o Oroso TM Celme, venceu na casa por 4-3 ao Cidade de Narón, un dos mellor situados. En primeira nacionalo, o Oroso TM Logística Alimentaria logrou unha notable victoria por 5-1 ante o Avilés TM. Serviulle para situarse no quinto posto da táboa e manter así as aspiracións para a clasificación da fase de ascenso.

Na segunda nacional, primeira victoria na categoría do Oroso TMFuentes Neave, cun 4-3 sobre o Club San Xoán Veteranos. É un bo paso para loitar pola permanencia. E na primeira división galega, o Oroso TM-Hotel Santa Cruz impúxose por 5-1 ao CTM Coruña, o que lle permite manter o segundo posto da clasificación xeral. Esta xornada, na que o primeiro equipo, o Oroso TM Deporte Galego, tivo descanso, supuxo por tanto primeiro pleno de victorias da tempada, co que se melloraron as clasificacións e se gañou en calma e esperanza.

A sétima edición do torneo solidario de fútbol sala ‘Mesía contra o cancro’ celebrarase o domingo 28 de decembro no polideportivo municipal en Olas, de 10 a 14 horas e de 15:30 a 20 horas. O Concello mantén aberta a inscrición dos equipos ata o 24 de decembro. Terán que ter un mínimo de seis xogadores e un máximo de seis. A competición masculina contará con oito equipos e a feminina con catro. A inscrición de cada equipo ten un importe de 50 euros, diñeiro que se destinará integramente á Asociación Española Contra o Cancro (AECC). Do mesmo xeito que nas edicións anteriores, asociacións, empresas e particulares poderán colaborar acudindo á competición (entradas a un euro e de balde para nenos) ou efectuando doazóns na urna da AECC que xa está instalada na casa consistorial e que tamén estará no polideportivo o día 28. Na pasada edición recadaron 3.393 euros.

TU SERVICIO OFICIAL PEUGEOT EN ORDES

ELECTROMECÁNICA / REVISIONES PRE-ITV NEUMÁTICOS / CHAPA Y PINTURA ALINEADO DE DIRECCIÓN

PEUGEOT 308 COCHE DEL AÑO 2014


30

PUBLICIDADE

Cr贸nicas - Decembro 2014


crónicas - decembro 2014

31

OPiNiÓN Mecá

nica e Neum átic a

Taller multimarca Amortiguadores Distribucións Mecánica en xeral Frenos e neumáticos Presupostos sen compromiso Revisións I.T.V. Diagnoses multimarca Cambios de aceite Aliñado de dirección Embragues Aire acondicionado

e Desexámosll ! felices festas!!

Fonte Estrei 28-30 Baixo, 3 15680 Ordes (A Coruña) talleresdepradoegranado@gmail.com / Telf: 981 68 85 73 / Móbil: 671 79 57 61 / Permanente: 696 42 27 94

Os paxariños da Alameda Así que xa hai algún gaivoto que ten a bendición apostólica pero agora está pendente do Papa. Parece que os estudos que se manexan a carón do mar non concordan cos dos despachos presidenciais. Uns din que tanto ten apostar forte como non porque poucas ás ten o paxaro. Pero outros ven a aritmética tan xustiña que un esforzo adicional de última hora podería supoñer un éxito. O factor sorpresa. En realidade, nos cálculos non cren. Do que se trata e de facer un alarde de poder. Para demostralo, nada mellor que cobrarse unha peza de escaso valor, que tampouco é cousa de xogar coa comida. Precedentes xa hai, pero hai catro anos foron polos dous bandos. Agora só un está en condicións de impoñerse, curiosamente o que antes fracasou coa súa aposta mentres que o outro, que aínda por riba o tiña máis di-

Sección de chíos, murmuracións e faladorías pilladas polo aire, unhas máis certas que outras

E o gaivoto que vai facer? Polo de pronto opta por calar e non facer ruído. Non darse por enterado, seguir traballando e pasar o máis inadvertido posible. Ben sabe que os supremos teñen métodos de aguia, que os levan no sangue, pero non lle queda outra. Podía rezar, pero como vai de ateo...

A anduriña estivo dando voltas antes de partir a territorios máis meridionais agora que chega o inverno. E observou que determinado figuras non paraba de facer preguntas o día que se frustrou o camión dos soños. Como é que un ser tan ben informado tiña tantas dúbidas e sospeitas de tanta xente? Tan estendidas están as malas prácticas? Tan ampla é a relación de sospeitosos? Tantos son os negocios que negocian? E tantos nervios había como para que algún mouro paxaro estivese ilocalizable e xa voase cara á fronteira?

Cambiando de niño, pode haber algún desquite tras o proceso interno. Chegados a maio, coa excusa do fracaso electoral alí onde sexa posible, non se librará ningún galo do curral. A non ser que o fracaso sexa tamén na casa, co cal habería que fundar un club de perdedores. Pero de momento toca mirarse de reollo porque houbo traicións e feridas.

A pomba non dá crédito. Ve divertida como o corvo mariñán continúa experimentando cos límites do ridículo e da incompetencia. Esta vez foron máis alá do que calquera ave podía agardar. Pero moito, moito, moito... E polo que parece sen síntomas de autocrítica. Non se enteran? Pode ser. Non queren enterarse? Adoita suceder. Teñen moito

fícil, quedou moi ben situado. Tan ben que o resituaron para posicionalo, engrosando a tropa de erguemans coidaespigas non moi letrados pero ben agradecidos.

que calar? Neste caso debería de darlles igual. Pensaron que podían molestar? Eso sería non pensar e demostrar que a ousadía e a ignorancia forman alí unha sensacional parella. Pensaron na xente? Eso nunca! A garza xa lles fixo un sitio destacado na súa hemeroteca de despropósitos. Pailáns! O certo é que unha poda víñalle ben a tal corvo de río e a toda a súa tropa. Reconducir xa é imposible. Non aprenden. Pero a poda, desas que tanto parece que lles chaman a atención, si lles viña ben. Unha neuronal. Aínda que a podremia chega xa tan lonxe que xa é tarde. O último chío do ano vai para todos os que ledes con fruición masoquista estas liñas. Lembrade que os paxariños non son máis que murmuracións, unhas máis certas que outras, e se vos parecen mal por algo será. Feliz 2015!

Dende a Agrupación Socialista de Ordes desexámosvos un Bo Nadal e un Feliz 2015 a todos os lectores e lectoras de Crónicas. Un ano no que seguiremos traballando para conseguir o mellor para veciños e veciñas de Ordes. Xa conseguimos bonificacións no IBI para os gandeiros, arranxos na N-550, o bombeo da Brea, o arranxo das pistas da parcelaria de Vilamaior ou un plan de apoio ao sector téxtil de Ordes. Agora apostamos por investir 600.000 euros nos próximos catro anos nun plan de mellora e conservación das pistas e estradas municipais, poñer en marcha o agardado Centro de Emprendemento e potenciar o polígono de Merelle. E como son consciente de nos últimos tempos a política está moi desprestixiada, con tantos Bárcenas e Gürteles, os socialistas de Ordes imos poñer en marcha unha Oficina da Transparencia na que calquera de vós teña acceso a todos os datos que desexe saber sobre nós: soldos, subvencións, contratos... e a cumprir un estrito código ético que prohiba aceptar agasallos ou que obrigue a demitir se se abre xuízo oral contra el. Porque non todos os políticos somos iguais Grazas a todos polo voso apoio e colaboración. Que teñades unahs Felices Festas.

Xesús Pedreira Mirás, secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes


SANTIAGO: CC. AS CANCELAS - CORUÑA: CC. COMCOR - ORDES: C/ VIRIATO LAMAS


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.