Cronicas comarcadeordes n14 febreiro2015

Page 1

Crónicas

SANTA CRUZ DE MONTAOS ORDES - ESTRADA N-550

Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 14 - Febreiro de 2015

981 682 316 - 627 161 388

Ordes, co menor orzamento e a menor débeda dos últimos anos A mínimos, no malo e no bo. O Concello de Ordes conta este ano con 8,5 millóns de euros de orza-

mento, o menor do mandato, que comezara con 13,3 millóns en 2011. O goberno de UXO conseguiu aprobalo

coa axuda directa do PSOE e indirecta de CIDEGA, e entre acusacións de decadencia por parte do PP e do BNG.

cOMARcA

A deputación exhibe o camiño inglés en Fitur Páx. 5

As contas tamén prevén a menor débeda dos últimos anos. Estiman 4,6 millóns de euros en decembro. Páx. 2

ecONOMíA

latitude, a empresa que quere volver ao téxtil sostible Páx. 15

ORdeS

Abren expedientes aos madeiristas que non reparan pistas Páx. 9

entroido do demo!

ceRcedA

Páxs. 12-13

O AdiF instala reixas nos accesos á estación ferroviaria Páx. 11

ceRcedA

Fenosa adaptará a térmica para seguir despois de 2020

OROSO

A depuradora de residuais de Sigüeiro será posta ao día

Páx. 3

Páx. 4

dePORteS

entrevista co director deportivo do trazo c. F. Páx. 21

BAZAR CHINO MUNDO

ROPA - JUGUETES - FERRETERÍA - REGALO - CALZADOS entras Si no encuuscas DROGUERÍA - MERCERÍA - MENAJE - COMPLEMENTOS lo que b Alfonso Senra, 36 - Telf.: 981 688 540 ORDES (A Coruña)

PÍDENOOSLO

Y TE L IMOS CONSEGU


Crónicas - Febreiro 2015

2

Actualidade MESÍA

ORDES O goberno veos “prudentes” e para a oposición real proban a “decadencia”

Os recursos do Concello para 2015 medran un 6%, ata os 2,04 millóns

Os orzamentos quedan en 8,5 millóns

Os orzamentos do Concello de Mesía para 2015 xa teñen aprobación definitiva. En pleno, foran aprobados polo grupo do goberno (PSOE), coa abstención do PP e o voto en contra do BNG. As contas ascenden a 2.040.000 euros, o que significa un 6 % máis que no exercicio anterior, segundo explicou o alcalde, Mariano Iglesias, que na súa intervención destacou os investimentos en atención social e en obras, onde recoñeceu que lle gustaría ter máis recursos, aínda estando por riba da media. José Manuel Raposo (BNG) expuxo que a súa formación apostaría por máis medidas relacionadas co envellecemento da poboación. Severino Álvarez (PP) admitiu estar ante un orzamento “equilibrado e detallado”, tamén prefería ter máis recursos, dixo que se poderían usar doutras maneiras e felicitou o goberno por eliminar a débeda.

TRAZO

O Concello disporá de 2,6 millóns de euros para este ano 2015 Os orzamentos do Concello de Trazo para 2015 ascenden a 2.620.000 euros, fronte aos 2.749.000 euros que se consignaran para o pasado 2014. As contas, que xa teñen aprobación definitiva, experimentan a súa maior redución de gasto no que respecta aos bens correntes e servizos que precisa a administración local para o seu funcionamento diario. Quedan en 1.081.000 euros, 63.000 euros menos que o ano pasado. En persoal a redución é de case 46.000 euros, de maneira que para 2015 destínanse a este capítulo 656.000 euros. Pola contra, os investimentos reais son os que logran manter unha contía máis próxima á que tiñan o pasado ano. Baixan en 20.300 euros, de maneira que o Concello de Trazo prevé ter este ano 802.000 euros para obras.

Os orzamentos do Concello de Ordes para 2015 suman 8,5 millóns de euros, a cifra máis baixa do mandato, que comezara en 2011 con 13,3 millóns e xa en 2014 quedaran en 9,3 millóns. Como é habitual, foron aprobados en segunda votación co voto de calidade do alcalde, que desfixo o empate de oito edís a favor (7 de UXO e 1 do PSOE) e oito en contra (6 do PP e 2 do BNG), coa abstención da concelleira de CIDEGA. O debate careceu dunha presentación inicial das contas por parte do executivo. A portavoz do goberno, Silvia Marín, agardou que se pronunciase a oposición para despois defender o carácter “social e inversor” das súas contas. Insistiu en que priorizan as políticas sociais fronte aos recortes da Xunta e do goberno central e destacou que a débeda pasa de 6,3 millóns a finais de 2013 aos 4,6 previstos no remate de 2015. Para José Luis Martínez Sanjurjo (PP), as contas demostran que o goberno “carece de iniciativa política para reducir custos e xestionar con outras administracións as necesidades dos veciños”. O líder da oposición lamentou que a partida de investimentos con fondos propios baixe un 17 %, ata os 400.000 euros, véndose superada polos 549.000 euros fixados para amortizar débeda. Ramiro Recouso (BNG) certificou que os orzamentos devolven o Concello a cifras de 2007, o que “demos-

O goberno sacou as contas adiante valéndose do doble valor do voto do alcalde

tra a decadencia do goberno municipal e do Concello de Ordes”. Para os nacionalistas, todo parte do “brutal endebedamento da lexislatura anterior”, que non se traduciu en investimentos produtivos. Citando varias partidas á baixa, Recouso negou que fosen sociais e investidores. Suso Pedreira (PSOE) admitiu que non é un orzamento “ambicioso” pero preferiu culpar das carencias á Xunta e á Deputación. Sen embargo, tratou de xustificar o seu apoio en incrementos que pediu para servizos sociais ou en obras como o pavillón do Campomaior, que o PP lembrou ter pedido en solitario meses atrás. O edil socialista mesmo dixo que “sería de imbéciles votar non” e que “co populismo Ordes sería un Ames ou un Vimianzo”, con prórrogas das contas. Recouso replicoulle ao PSOE que a súa postura é “unha irrespon-

sabilidade supina” que obedece a intereses persoais e de partido máis que a intereses xerais. E Martínez emprazouno a comprobar que case ningún compromiso dos que negociou nos presupostos doutros anos se chegou a cumprir. Ana Álvarez (CIDEGA) cre que o nivel de investimentos “é insuficiente” e reclamou conter outros gastos para aumentar as obras. Tamén lamentou que o goberno non negociase. O alcalde reservouse para o final. Coas quendas da oposición xa consumidas, Manuel Regos dixo que son uns orzamentos “prudentes, rigorosos e útiles” e non descartou que na realidade “cheguen tranquilamente a 10 millóns”. Negoulle ao PP que a débeda se reduza coa suba de impostos e atribuíuno á súa xestión, por exemplo negociando xuros inferiores ao 1% “en vez do 5 % de Montoro”.

ORDES Cren necesaria unha renovación integral do firme e melloras na vila

Os socialistas reclaman intervir a fondo na N-550 Os socialistas de Ordes reclamaron que o ministerio de Fomento acometa “unha actuación integral” de renovación do firme da N-550 ao seu paso polo municipio. A formación que lidera Suso Pedreira cre que hai que superar a “política de parches”, por inútil, e frear a deterioración do vial. Como exemplo do pésimo estado da estrada, expoñen a emanación de auga nun dos carrís na zona de entrada ao Mesón do Vento. Ademais, tamén presentarán iniciativas no Congreso para que a estrada sexa mellorada ao seu paso polo centro urbano, con mala conservación e puntos inseguros.

Crónicas

Pedreira, cos deputados Paloma Rodríguez e Miguel Cortizo, comprobando as necesidades de mellora que presenta a N-550 ao seu paso polo centro de Ordes

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Se quere recibir Crónicas de balde no seu correo electrónico, pídao en cronicas.comarcadeordes@gmail.com


crónicas - Febreiro 2015

3

ActuAlidAde CERCEDA Gas Natural Fenosa instalará equipos para limitar a contaminación

ORDES

A central térmica de Meirama será adaptada á nova directiva de emisións

A conselleira recibirá a corporación para falar do futuro da estrada a Cerceda por Mercurín

Gas Natural Fenosa confirmou que adaptará a central térmica de Meirama (Cerceda) para poder cumprir antes de 2020 as normas establecidas na directiva europea de emisións. A empresa xa iniciou a tramitación ambiental para de seguido efectuar as accións necesarias. O proxecto de adaptación contempla dotar a central de plantas de desnitrificación e desulfuración antes de 2020, co propósito de limitar a emisión de óxidos de xofre, nitróxeno e partículas derivadas da combustión de carbón. A directiva entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2016 e súa aplicación obriga a unha limitación considerable nos límites de emisión desas substancias, mediante a instalación de sistemas de limpeza de gases en centrais que teñan intención de prolongar a súa actividade máis aló de determinado horizonte temporal. Gas Natural Fenosa decidiu incluír case todas as súas instalacións, entre elas Meirama, no chamado plan nacional transitorio, que fixa que os lí-

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas recibirá a integrantes das formacións da corporación ordense para abordar o futuro da estrada entre Merelle e Cerceda por Mercurín, que é de titularidade municipal e leva un ano pechada ao tráfico pesado por mor da grave deterioración ocasionada sobre todo polos camións de Sogama. A reunión, aínda sen data, anunciouna o alcalde, que xa visitou á conselleira para reclamarlle outros investimentos. Manuel Regos explicou que o encontro sobre a estrada de Mercurín estaba xa previsto co anterior conselleiro “pero coincidía coa feira Expo Ordes, era ás seis e nós inaugurabamos ás oito, así que aprazouse”. O BNG criticou que o rexedor antepuxese a feira á estrada e lamentou que non delegase nalgún outro concelleiro ou para a reunión ou para a inauguración: “só os ten para levantar a man nos plenos”, acusou Ramiro Recouso.

Cos cambios, a central térmica de Meirama seguirá funcionando despois de 2020

mites establecidos pola directiva terán que cumprirse o 1 de xullo de 2020, dentro de algo máis de cinco anos. Outras accións anunciadas pola empresa son o acondicionamento da entulleira actual e a adecuación á lexislación ambiental vixente do ver-

tedoiro de cinzas e escorias xeradas pola combustión de carbón. Cunha potencia neta de 557 megavatios, a térmica de Meirama pode abastecer uns 650.000 fogares. Representa o 8 % de toda a xeración eléctrica de Gas Natural Fenosa en España.

MUEBLES DE BAÑO HIDROMASAJE - SAUNA TARIMA FLOTANTE MATERIALES DE CONSTRUCCIÓN SANITARIOS GRIFERÍA AZULEJOS Y PAVIMENTOS MAMPARAS

A TABLILLA Rúa Principal, 36. Rodís 15186 CERCEDA Telf: 981 69 70 82 e-mail: begol@begol.es

ALMEIRAS Avda. Almeiras, 19. O Burgo 15670 CULLEREDO Telf: 660 986 847


Crónicas - Febreiro 2015

4

Actualidade ORDES

OROSO O alcalde asegura que a auga que se verte ao Tambre presenta boa calidade

A proposta de Cendal como filla predilecta, adiada por presentar deficiencias formais

A depuradora de Sigüeiro agarda varias melloras para modernizala

A declaración como filla predilecta de Isabel Cendal, a muller natural de Parada (Ordes) que a comezos do século XIX participou na expedición que permitiu levar a vacina contra a varíola a todo o mundo, tivo que ser adiada por mor de deficiencias formais da iniciativa, presentada polo PSOE. O secretario municipal lembrou que o regulamento obriga a que estas propostas ten que promovelas a alcaldía ou contar co aval dun membro de cada grupo. Ante as explicacións, o portavoz do PSOE, Suso Pedreira, aceptou produnfizar na proposta nunha comisión para trasladala despois ao pleno, xa máis elaborada. Ramiro Recouso (BNG) ofreceu apoio a unha proposta que ven “interesante”, aínda que pensa que se presentou cunha “documentación escasa” e precisa unha argumentación “máis sólida”. Pedreira replicou que se dispón de máis documentación para engadir, incluso a partida de nacemento.

A depuradora de augas residuais de Sigüeiro, que funciona desde 2000, precisa diversas melloras para modernizala, aínda que presta o seu servizo en boas condicións e a auga que verte ao río Tambre, unha vez depurada, presenta boa calidade. Así o indicou o goberno municipal despois dunha visita ás instalacións, na que o alcalde, Manuel Mirás, e os concelleiros de Medio Ambiente, Pepe Castro, e de Obras, Eduardo Veiras, estiveron acompañados por técnicos da empresa Viaqua, concesionaria do servizo desde 2002. O propio rexedor afirmou que a depuración cumpre a lexislación vixente e que as instalacións presentan un bo estado. Mais aínda así admitiu que “é susceptible dalgunhas melloras”. Entre elas, unha posta ao día do sistema de desbaste e do sistema de aireación, desgastado polo paso do tempo. E tamén a modernización dos equipos para gañar en automatización, xa que os actuais quedaron obsoletos. “Hoxe constatamos cos técnicos que, pese a que a cali-

O goberno local e técnicos da concesionaria visitaron a depuradura de residuais

dade das augas depuradas é boa, estas melloras son precisas para o futuro da instalación”, indicou Mirás Franqueira. O Concello xa ten realizado melloras nesta instalación, o que permitiu adaptala á nova normativa de

vertidos e ampliar a súa capacidade de 3.900 a 4.500 usuarios, incorporando localidades como A Estación de Oroso. Cos cambios tamén se conseguiron evitar os atascos e avarías causados polos residuos sólidos que chegaban ás bombas de cabeceira.

CERCEDA

FRADES

O novo presidente de Sogama visita oficialmente o Concello

Dotan de novas bancadas o polideportivo da Pontecarreira

A infraestrutura deportiva carecía ata agora de espazos axeitados para sentar O alcalde, José G. Liñares, co novo presidente de Sogama, Javier Domínguez

O novo presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, escolleu o Concello de Cerceda para a súa primeira visita institucional no cargo, en deferencia ao municipio no que se atopa emprazado o epicentro da infraestrutura industrial que procesa e trata os residuos ur-

banos de maior parte do territorio galego. Domínguez foi recibido polo alcalde, José García Liñares, e os dous amosaron vontade de proseguir a colaboración entre a entidade local e a empresa, que en Cerceda supera os 400 traballadores, a maior parte do municipio.

O pavillón polideportivo da Pontecarreira estreou bancadas con capacidade para sentar unhas 120 persoas. O novo equipamento custou case 30.000 euros e foi pagado integramente pola Deputación da Coruña. O presidente deste organismo, Diego Calvo, achegouse ata Frades co goberno

municipal para comprobar a súa instalación. O investimento foi asinado nun convenio entre o Concello e a Deputación o ano pasado, despois de que o alcalde, Roberto Rey, lle trasladase a Calvo a necesidade de resolver a carencia de espazos para sentar no pavillón.


crónicas - Febreiro 2015

5

ActuAlidAde COMARCA Eliminará barreiras arquitectónicas nos albergues e instalará códigos QR

ORDES

A deputación leva o camiño inglés a Fitur como estrela turística da provincia

A iniciativa do Bloque para incrementar a participación veciñal queda posposta

O Camiño Inglés foi un dos principais produtos turísticos da provincia presentados pola Deputación da Coruña na Feira Internacional de Turismo (Fitur), celebrada en Madrid. O presidente da entidade provincial, Diego Calvo, asegurou que queren promocionar este itinerario xacobeo “como unha alternativa real ao Camiño Francés”. Un dos primeiros pasos que xa se deron foi a publicación dunha guía en castelán e en inglés. Segundo a Deputación, vai máis alá dunha guía turística, xa que combina información práctica como os datos dos albergues, as rutas posibles ou gastronomía con explicacións históricas, lendas, fotografías e anécdotas do Camiño, que comeza na Coruña e en Ferrol e unifícase desde Bruma (Mesía) ata Santiago. Non obstante, Diego Calvo anunciou ademais que traballarán na recuperación de espazos degradados e en mellorar a accesibilidade e a sinalización do Camiño Inglés. Como medidas concretas, explicou que se eli-

A moción presentada polo BNG de Ordes para incrementar a participación veciñal na política local quedou posposta para ser tratada nun vindeiro pleno, posiblemente neste de febreiro. Os nacionalistas propoñían mellorar o regulamento municipal para que a cidadanía tivese a posibilidade de presentar iniciativas ou que puidese intervir nas sesións da corporación, ademais de que o goberno facilite información sobre os acordos plenarios e da xunta de goberno local. Sen embargo, o secretario municipal aprezou algunhas deficiencias técnicas na proposta e a portavoz do goberno, Silvia Marín, observou que, ademais dos cambios suxeridos polos nacionalistas, podería aproveitarse para introducir outros. De aí que Pablo Vidal, concelleiro do BNG, aceptase pospoñer a proposta para analizala antes nunha comisión e procurar un acordo dos distintos grupos.

O presidente da Deputación, en Fitur

minarán barreiras arquitectónicas nos albergues de Ferrol, Neda, Miño, Betanzos e Bruma (Mesía), ademais dos do Monte do Gozo e San Lázaro, en Santiago. E no que respecta á sinalización, vanse utilizar as novas tecnoloxías dixitais para xeolocalizar o itinerario

ENTREVISTA Felipe Fuentes Ríos

- Varían con frecuencia as súas propostas? - Si, varía. E segundo a demanda tamén nos imos adaptando ás preferencias dos clientes.

“A nosa especialidade é o tapeo e as tortillas” - Que poden atopar os clientes no seu establecemento? - A nosa principal característica é que temos unha gran variedade de tapas, ao agrado do cliente de hoxe en día. E tamén uns almorzos con postres caseiros, unha estupenda opción para empezar o día.

a través de teléfonos móbiles e tabletas. A previsión é colocar sinais con códigos QR, cos que os camiñantes poderán acceder a información de interese en varios idiomas. A gastronomía propia de cada zona, as festas, o folclore e os costumes son algúns dos contidos que se prepararon para este acción. Na súa intervención en Fitur, o goberno provincial definiu o Camiño Inglés como “un patrimonio intanxible pero un dos máis importantes da nosa provincia”. Destaca a relevancia e o potencial que ten para o turismo internacional, ao conservar unha intensa relación desde o seu nacemento cos pobos do norte, como británicos, irlandeses, escandinavos, franceses ou holandeses. A ruta, por certo, acadou o ano pasado 7.194 peregrinos, que segundo os datos de Turismo de Galicia supoñen un 62 % máis que en 2013. As pernoctacións nos albergues públicos experimentaron unha suba semellante, do 61 %, ata acadar as 10.530.

- Cal é a súa especialidade? - A nosa especialidade é o tapeo e tortillas. - A que tipo de público se dirixen? - A todo tipo de xente que queira cambiar a forma de tomar tapas.

- Como é o seu servizo? - Satisfacemos o cliente con bos produtos, boa compañía, trato agradable e boa música. Temos unha experiencia de moitos anos neste sector e humildemente cremos que eso nótase para ben no servizo. - O local ten tamén unha boa ubicación?

TAPAS Tabla embutidos Queso en aceite Boquerones Anchoas Jamón cocido Croquetas Chistorra Raxo y zorza Empanadillas (atún) Alitas y zanquitos Calamares

10 € 3€ 3€ 3€ 3€ 8€ 2,5 € 3€ 2€ 3€ 3€

Rúa Alfonso Senra, 136 Ordes (A Coruña)

- Si, estamos pegados aos bos comercios de Calzados Capitán, Deportes Capitán, Ekaté, o supermercado… - En que horario abren? - De luns a venres abrimos ás 6 horas e pechamos ás 21:30 horas, a non ser os venres que estamos ata a medianoite. Os sábados estamos de 8 a 24 horas e os domingos desde as 10 ata as 15:30 horas. As tardes dos domingos pechamos por descanso. E por suposto tamén ofrecemos as retransmisións deportivas para que a xente teña aquí un lugar de encontro.


Crónicas - Febreiro 2015

6

Actualidade O goberno asume que Porto Avieira precisa un local social e cre que se fará en dous anos Outro dos ‘Encontros co alcalde’ recentes levou ao goberno municipal ata Porto Avieira, na parroquia da Gándara. Manuel Mirás asumiu que a urbanización necesita un local social propio -agora utilizan o da parroquia-, aínda que matizou que “estamos buscando o financiamento, polo que espero que nun par de anos poida estar en marcha”. O rexedor tamén explicou que a urbanización está recibida “e non hai ningunha inseguridade xurídica” e que o Concello modificou o Plan Xeral para avanzar no seu desenvolvemento. Os residentes na urbanización que acudiron ao encontro pediron sobre todo cuestións relacionadas coa seguridade viaria na zona, como a instalación de redutores de velocidade na entrada e saída comprometida polo goberno ou a modernización da iluminación.

ORDES

O PSOE pide que a Xunta explique o retraso da chegada do autobús metropolitano O retraso da implantación do sistema de transporte metropolitano do autobús en Ordes chegou ao debate político no Parlamento de Galicia. Os socialistas, por boca do parlamentario Raúl Fernández, demandaron a súa chegada e lembraron que os veciños levan moitos meses agardando. Fernández explicou que coa chegada da solicitude á Xunta houbo unha “comprensión inicial e incluso un proceso de negociación entre as partes, Concello de Ordes e dirección xeral de Mobilidade, que parecían albiscar un satisfactorio remate do proceso, pero non se ten producido a día de hoxe”, en palabras do deputado socialista. Como resposta, Gonzalo Trenor (PP) anunciou que Ordes se incorporará aos plans de transporte das áreas de Santiago e da Coruña “nos vindeiros meses”. Segundo dixo o representante da dereita, a integración podería aprobarse nunha comisión de seguimento do plan prevista para este mes de marzo.

OROSO O alcalde comprométese a reparar este ano as pistas entre aldeas

Os veciños de Vilarromariz reivindican a reparación do seu local social

Encontro do goberno municipal de Oroso con veciños da parroquia de Vilarromariz

Os veciños da parroquia de Vilarromariz (Oroso) reclamáronlle ao goberno municipal a reparación do local social da parroquia. Queren que se instale un tellado que cubra a zona exterior e que se interveña para que non entre auga no inmoble pola acumulación de chuvia provinte dos desniveis do terreo. Da petición tomou nota o execu-

tivo encabezado por Manuel Mirás, nun encontro celebrado diante da propia igrexa parroquial. O rexedor anunciou que durante este ano contan con reparar as pistas que unen as distintas aldeas desta e das demais parroquias. Mirás fixo fincapé no custo elevado que supón para o Concello o mantemento deste tipo de viais, que superan os 600 km.

ORDES

FRADES

A senda entre o Concello e o tanatorio, en obras ata abril

Visita ás obras do alcalde, Roberto Rey, e do concelleiro Manuel Ferreiro

As obras para construír unha senda peonil entre a Casa do Concello de Frades e o tanatorio en Moar estarán concluídas a mediados de abril, segundo as estimacións do goberno local. A senda, duns 335 metros de longo e 1,50 de ancho, discorre ao longo da estrada provincial entre Ordes e a Pontecarreira. Está orzamentada en 49.170 euros, fi-

Outras cuestións tratadas no encontro, e explicadas polo concelleiro de Medio Ambiente e Seguridade Cidadá, Xosé Castro, foron o retellado da igrexa, xa feito, e o cambio de ubicación do cruceiro de Vilarromariz para que o escenario das orquestas non se teña que colocar de costas á igrexa. O cambio está pendente de que sexa autorizado pola dirección xeral de Patrimonio da Xunta. Castro tamén detallou a renovación de varias farolas en mal estado e anticipou a posta en funcionamento de elementos para a práctica de exercicio físico ao aire libre. Neste sentido, as preto de corenta persoas que asistiron ao encontro tamén aproveitaron para solicitar unha farola na pista de baixada próxima á finca da igrexa e un espello para mellorar a visibilidade na saída de Gadamil. O goberno comprometeuse a atender as peticións e recomendoulles aos veciños que para ese tipo de peticións utilicen o servizo de Liña Verde, que lles permite efectualas de balde co móbil.

nanciados pola Deputación. Baixo a superficie, de bituminosa en quente, incorpora canalizacións para a auga e para a electricidade. A senda estará separada da beiravía por un borde de cemento. Durante as obras, nas dúas marxes, un dos carrís da estrada poderá estar pechado ao tráfico, co paso alterno regulado por semáforos cando sexa necesario.

O BNG considera que sae cara a “improvisación” do Concello nas obras do saneamento do Recreo O BNG acusou ao goberno de Ordes de “improvisación” nas obras do saneamento na rúa do Recreo. Segundo o portavoz nacionalista, Ramiro Recouso, os custos da obra “aumentaron por non aplicar o sentido común”, do que culpa directamente ao alcalde, Manuel Regos. Na versión do Bloque, as obras deberían servir para solucionar o problema de entrada de auga que sufrían varios sotos da zona, instalando novas conducións. Pero ao obrar só na superficie, en vez de cambiar as conducións a catro metros de profundidade, pensan que non se resolveu, de maneira que houbo que retomar os traballos para selar o antigo saneamento desde a superficie, en vez de aproveitar cando a zanxa estaba aberta. O concelleiro de Obras, Roberto González, explicou no pleno que as obras aínda non estaban rematadas e que o Concello está efectuando novos estudos técnicos para darlle a solución axeitada ao problema, que os veciños padecen desde hai anos.


Crónicas - Febreiro 2015

7

Actualidade ORDES A Xunta subvencionou as obras cuns 230.000 euros en dous anos

ORDES

Remata a reforma da praza de abastos

Unanimidade para facilitarlles as novas terapias aos enfermos de hepatite C

En principio, non vai haber máis obras na Praza de Abastos de Ordes. O mercado rematou a súa posta ao día, cunha reorganización do espazo inferior e coa rehabilitación do primeiro andar. Culminan así varios anos nos que as intervencións se foron sucedendo e que, ademais dos traballos acometidos no interior, serviron para crear accesos para persoas con mobilidade reducida, adaptar os aseos, mellorar a instalación eléctrica e reparar a fachada. A praza foi visitada pola delegada provincial da Xunta, Belén do Campo, acompañada por varios integrantes do goberno de Manuel Regos e por representantes do grupo municipal do PP. Do Campo explicou que a consellería de Economía e Industria subvencionou o acondicionamento cuns 230.000 euros, 118.000 nun exercicio e algo máis de 112.000 no seguinte. A visita tamén pasou polo polígono industrial de Merelle para comprobar o estado dos dous viais principais, pavimentados tamén cunha axuda autonómica de case 120.000 euros, o que representa o 80 % do custo total do proxecto.

O goberno ordense e o grupo do PP acompañaron a Belén do Campo en Ordes

A diferencia do Parlamento de Galicia, onde o PP se opuxo, todos os grupos políticos de Ordes respaldaron a proposta para instar aos gobernos autonómico e central a tomar as medidas precisas para que todos os enfermos de hepatite C teñan acceso ás novas terapias e que lles sexa dispensada de inmediato nas farmacias hospitalarias a medicación que teñan prescrita. A moción foi defendida polo portavoz socialista, Suso Pedreira, quen explicou que dos 700.000 afectados en España algo máis de 200 están adscritos ao centro de saúde de Ordes. Por parte do BNG, Pablo Vidal secundou a iniciativa asegurando que “a vida dunha persoa non pode ter prezo”. O portavoz do PP, José Luis Martínez Sanjurjo, ofreceu o respaldo á iniciativa do PSOE e á vez explicou que o ministerio e as autonomías están avanzando para que “canto antes” os enfermos poidan ver solucionada a situación.


8

Crónicas - Febreiro 2015

Actualidade ORDES

COMARCA As obras xa foron licitadas e custarán uns 320.000 euros

O BNG pide información no pleno sobre a morte dun usuario da residencia dos maiores

A Xunta estima que o punto limpo de Frades e Mesía funcionará xa no verán

O portavoz do BNG de Ordes, Ramiro Recouso, pediu información no pleno sobre o suicidio dun usuario da residencia da terceira idade, producido a finais de decembro, e ademais interesouse sobre se o centro cumpre as medidas de seguridade e se o goberno local ten previsto renovar o contrato da concesionaria do servizo. A portavoz do goberno, Silvia Marín, amosou o seu acordo co traballo de todo o persoal do centro, expuxo que se cumpre “a normativa a todos os efectos” e indicou que “é moi difícil impedir un suceso desafortunado e terrible”, xa que a persoa falecida, que proviña dun centro psiquiátrico, tiña a consideración e válida e gozaba de liberdade de movementos. Recouso asegurou que ten constancia de “máis intentos de suicidio e que felizmente non chegaron a consumarse” e de queixas do tratamento “non moi humano” que reciben os usuarios do centro. Preguntou ademais se o persoal ten a cualificación precisa para atender casos psiquiátricos. Marín, que defendeu a atención do servizo, lamentou tamén que o Bloque levase tal asunto a un pleno público en vez de interesarse de maneira máis discreta. Recouso replicou que non os chamaron para explicarlles os feitos, ao que Marín lle lembrou que pode chamala ou acudir ao Concello para resolver calquera dúbida.

A Xunta calcula que o punto limpo que compartirán os Concellos de Frades e de Mesía poderá entrar en funcionamento xa o vindeiro verán. As obras foron licitadas por un importe duns 320.000 euros, financiados integramente pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Desde que sexan adxudicadas, a empresa contratada disporá de catro meses para rematalas. A parcela na que se ubicarán as instalacións, na parroquia de Céltigos, xa recibiu a visita de cargos políticos para explicar o proxecto e os seus prazos. Acudiu a delegada provincial da Xunta, Belén do Campo, que estivo acompañada polos alcaldes de Frades, Roberto Rey, e de Mesía, Mariano Iglesias, e de Manuel Ferreiro, concelleiro en Frades. A obra consistirá en habilitar dúas plataformas a distinto nivel, unha 1,45 metros máis elevada que a outra, con separacións para as zonas

ORDES

COMARCA O maior proxecto, na estrada Ordes-Pontecarreira con 219.000 euros

A supresión de barreiras arquitectónicas poderá ter descontos de ata o 90 % no ICIO

O plan de conservación dos viais provinciais inclúe varios tramos na zona

Os grupos políticos de Ordes tratarán nunha comisión a posibilidade de descontar un 90 % o Imposto de Construcións, Instalacións e Obras (ICIO) na supresión de barreiras arquitectónicas e na adaptación de vivendas de particulares a persoas en situación de dependencia ou con calquera tipo de minusvalía. A proposta xa foi presentada no pleno polo PSOE, inicialmente cunha bonificación do 75 %, pero aceptou tramitala primeiro en comisión, antes de volver a pleno, e elevouna ata o 90 % ao ser o máximo previsto.

O plan de conservación de vías provinciais inclúe en 2015 varios tramos de estradas das que é titular a Deputación e que discorren por distintas zonas da comarca. As principais tarefas do plan, que foi aprobado polo pleno provincial e no seu conxunto suma uns 10,4 millóns de euros, son o reforzo do firme, a limpeza de cunetas e a mellora da sinalización. O proxecto de maior envergadura na zona acometerase na estrada que vai desde Ordes ata a Pontecarreira, con 219.000 euros. Desde este mesmo vial, tamén se investirán

Mandatarios de Frades e Mesía, coa delegada da Xunta na parcela onde se obrará

de carga e descarga. Esta disposición facilitará os labores de vertedura nos contedores. O punto limpo recibirá residuos que requiren unha xestión específica polo seu tamaño, natureza ou perigo-

sidade, como disolventes, aceites minerais e vexetais, pilas, fluorescentes, baterías, residuos perigosos, entullos, vidro, aerosois, radiografías, ou restos de poda, roupa, cartón e papel e aparatos eléctricos e electrónicos.

O punto de Ordes recolleu 304 toneladas en 2014 O punto limpo de Ordes recolleu 304.431 quilos de residuos durante o ano pasado, segundo o balance feito público polo Concello. Máis da metade, en concreto 177.630 quilos, corresponderon a restos de obras, como formigón, tellas e ladrillos. Outros residuos provintes da construción sumaron 39.320 quilos

e entre madeira, conglomerados e similares recolléronse 31.680 quilos. Plásticos e caucho superaron os 17.000 quilos e de voluminosos, sobre todo mobles de casa e de oficina, pesaron case 23.000 quilos. Outro tipo de residuos que os veciños entregaron no punto limpo teñen menos volume, pero o seu

outros 17.000 euros para o acceso a Poulo. Tamén destaca polo seu volume económico o proxecto para a estrada que vai de Ordes a Portomouro por Pontechonia, a través de Trazo. Contará cuns 77.000 euros. Para o vial que vai desde Lanzá (Mesía) ata Boimorto reserváronse máis de 60.000 euros, mentes que o vial que vai desde A Tablilla (Cerceda) ata Agro do Mestre (Trazo) por Pontepedra (Tordoia) contará con máis de 59.000 euros. Na estrada que vai de Carral ata Meirama (Cerceda), o plan provin-

correcto tratamento evita moita contaminación ambiental. É o caso dos 177 quilos de tubos fluorescentes ou as máis de dez toneladas de electrodomésticos, como televisores, cociñas, impresoras... En xeral, Ordes xerou en 2014 4.350 toneladas de lixo, segundo datos da empresa de transporte.

cial asigna case 50.000 euros, e na provincial que vai desde Cerceda ata o Mesón do Vento (Ordes) 48.000 euros. Entre Cerceda e Xesteda investiranse 35.000 euros e de Sigüeiro a San Amaro 25.000 euros. Xa con menor relevancia económica, figuran as estradas que van desde o vial Ordes-A Silva ata Tordoia por Gorgullos (16.000 euros), desde Castro (Mesía) ata a N-634 (12.000 euros), da Laracha ata A Silva por Golmar (12.000 euros), e os accesos ás estacións de Cerceda (3.000 euros), de Queixas (800 euros) e da Pontraga-Ordes (96 euros).


Crónicas - Febreiro 2015

9

Actualidade ORDES O PP emprazou ao goberno local a facer cumprir a ordenanza municipal

Abriranlles expedientes a madeiristas que estropearon pistas sen reparalas

Pista forestal deteriorada por actividade de madeiristas na parroquia de Mercurín

O Concello de Ordes abriralles expedientes aos madeiristas que deterioraron pistas en varias parroquias nos labores de corta e extracción e que en principio non semellan dispostos a responder polos danos, nos termos que establece a ordenanza municipal que protexe os viais.

O anuncio da apertura de expedientes efectuouno o alcalde, Manuel Regos, ao que a portavoz do goberno, Silvia Marín, engadiu que a Policía Local xa visitara as zonas con danos, mentres que o concelleiro Roberto González precisou que nalgúns casos estaba xestionando un acordo

coas empresas para que afronten os arranxos “pero non é fácil”. O PP criticara que o goberno continuaba sen facer cumprir a ordenanza en varios casos: o último nunha pista en Mercurín, pero xa antes tamén nas parroquias de Lesta ou Beán. José Luis Martínez Sanjurjo, o líder da oposición, acusou ao goberno de “desleixo” por ignorar a norma, que obriga a que as empresas madeiristas depositen unha fianza cando obteñen a autorización para os seus traballos para responder polos posibles danos e prexuízos na rede viaria. Aínda que nos casos denunciados non trascendeu se os responsables tiñan autorización e depositaran a fianza, parece improbable que a poidan recuperar. E no caso de que non a depositasen, tamén lles poderán imputar os gastos do restablecemento das condicións previas das pistas aos culpables. O PP reclamou tamén que se completen os traballos de desbroce en todas as pistas de concentración parcelaria.

O goberno aspira a poñer a funcionar un equipo de desbroces propio en breve A actividade dun equipo de desbroce propio do Concello de Ordes podería retomarse en breve. Esa é cando menos a aspiración do goberno local, que recentemente gastou 13.400 euros na reparación dunha desbrozadora e agora quedería pendente arranxar un dos dous tractores municipais. As explicacións ofreceunas a portavoz do executivo, Silvia Marín, a preguntas de Ramiro Recouso (BNG), que se interesou pola factura e tamén preguntou se a desbrozadora arranxada, de propiedade pública, estivera funcionando cos tractores municipais ou fora utilizada pola empresa á que se lle contrataron os desbroces nos últimos anos. Marín expuxo que o equipo foi utilizado sempre co tractor municipal e insistiu en que a decisión de encargarlle o traballo a unha empresa se debeu ás avarías e á falta de persoal propio.


crónicas - Febreiro 2015

10

ActuAlidAde

FRADES

ORDES

O Concello varía o proxecto de auga en Añá, Moar e Céltigos

Pedreira, elixido de novo como candidato do PSOE á alcaldía

O Concello de Frades presentou na Xunta outro proxecto para o abastecemento de auga nas parroquias de Añá, Moar e Céltigos, distinto ao que presentara inicialmente. Fíxoo, segundo o goberno local, atendendo as indicacións do goberno autonómico para reducir o seu custo. Se a intención inicial era levar o servizo público ás parroquias de Añá e Moar cun investimento superior ao millón de euros, no novo proxecto inclúese tamén Céltigos e rebáixase o orzamento a 775.000 euros. O documento xa lle foi trasladado polo alcalde, Roberto Rey, á conselleria de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, nun encontro no que tamén participou o concelleiro Miguel Prado. O rexedor destacou que, pese aos cambios, a iniciativa podería servir para “completar o abastecemento de auga en todo o municipio”. Non obstante, o proxecto está supeditado a que se sume unha

terceira administración, a maiores do Concello e da Xunta, probablemente a Deputación. A conselleira emprazou a desenvolvelo mediante un convenio a tres bandas. En canto aos prazos, de asinarse tal acordo barallan que poderían comezar as obras en 2016, financiadas en dous anos. Por outra parte, o alcalde interesouse pola tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal, que acumula certo retraso. A conselleira comprometeuse a axilizalo e indicou que están agardando o informe favorable da dirección xeral de Patrimonio para continuar coas tarefas. O concelleiro Prado reclamou maior mantemento da estrada que vai desde Ordes ata Lanzá por Abellá, que polo elevado tráfico “presenta a capa de rodadura moi deteriorada, a pesar dos arranxos realizados o ano pasado”. O compromiso autonómico foi enviar técnicos a estudar o vial e avaliar se o poden incluír nun plan de mantemento.

coorudene sels o

Muebles de Cocina Fuente Estrey, s/n Tel: 981 68 83 29 Móvil: 629 808 796 couselo cocinas@telefonica.net

15680 ORDES A Coruña

Electrodomésticos Alfonso Senra, 116 Tel: 981 68 08 09

A asemblea extraordinaria do PSOE de Ordes tomou o acordo unanimemente

O secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes, Suso Pedreira, volverá ser candidato á alcaldía nas eleccións de maio. Acordárono os militantes ordenses da formación política que acudiron a unha asemblea extraordinaria, cunha decisión unánime. Pedreira agradeceu o apoio e emprazou aos seus compañeiros a dar a coñecer o traballo que ten feito o partido polo benestar dos

ordenses e os investimentos que conseguiu para o municipio, que exemplifica nas bonificacións do IBI para os gandeiros, arranxos viarios ou o plan de apoio ao téxtil. Un plan de mellora dos viais municipais valorado en 600.000 euros e a potenciación do polígono de Merelle son algunhas das súas propostas futuras, xunto cunha ‘Oficina de Transparencia’ ao servizo da cidadanía.


Crónicas - Febreiro 2015

11

Actualidade CERCEDA A BNG pregunta no Congreso polos motivos e polos plans de futuro

TORDOIA

O Adif pecha o acceso ás instalacións da estación do tren de Cerceda-Meirama

O aconcidionamento da contorna da igrexa de Viladabade custará 110.000 euros

A estación de tren de CercedaMeirama apareceu con reixas na entrada e na saída das súas instalacións na mañá do 9 de febreiro, segundo denunciou o BNG, que explica que os viaxeiros non poden acceder ao apeadoiro para gorecerse das inclemencias meteorolóxicas. Os nacionalistas falan de “clausura” ao comprobar que “ninguén pode entrar nas dependencias da estación”. Critican ademais o “estado lamentable” do paso inferior que permite acceder dun lado ao outro da estación: “cruzalo de noite causa auténtico pavor, é claustrofóbico, escuro e cheo de pingueiras”, aseguran. Ante tal situación, Rosana Pérez, deputada do BNG, xa rexistrou no Congreso unha pregunta sobre os motivos que levaron ao Adif, titular e responsable das instalacións, a colocar as reixas. Tamén se interesa por saber se está previsto mellorar o paso inferior e pregunta se o Adif está disposto a abrir de novo as instalacións para que poidan ser utilizadas polos viaxeiros.

A primeira fase inviste 50.000 euros

Reixa colocada no acceso ás instalacións da estación de Cerceda-Meirama

En principio, a colocación das reixas non afecta ás posibilidades de viaxe nos trens de Renfe, que na súa web continúa ofrecendo billetes desde Cerceda. Nos días laborais, hai oito trens de Media Distancia cara á

Coruña (o primeiro ás 7:17 horas e o último ás 23:25 horas, cun traxecto que dura arredor dun cuarto de hora) e sete cara a Santiago (desde as 5:55 horas e ata as 22:28 horas, con como moito 25 minutos de viaxe).

O Concello de Tordoia aprobou o investimento de 50.000 euros para o acondicionamento da contorna da igrexa de San Cibrao de Viladabade. Trátase da primeira fase dun proxecto máis amplo que no seu conxunto está orzamentado en 110.000 euros. As accións concretas que se acometerán para ‘humanizar’ a zona son un ensanchamento do vial, a dotación de beirarrúas, a habilitación dun aparcadoiro, a construción dunha rede para as augas pluviais e un novo alumeado público. O goberno di que esta iniciativa atende unha demanda veciñal e que mellorará a accesibilidade e a seguridade do vial.


Crónicas - Febreiro 2015

12

TEMPO DE ENTROIDO

COMARCA Elevada participación nas festas, desfiles e concursos organizados polos Concellos, e tamén nas celebracións de c

A comarca anímase co bo humor CERCEDA

En Cerceda, os nenos e nenas da gardería infantil aproveitaron a celebración das festas do entroido para visitar os maiores no centro de día,

cos disfraces que prepararon nas aulas como indumentaria. Os maiores recibíronos con ledicia e entregáronlles uns agasallos que elaboraron eles

mesmos nas sesións de manualidades. E no martes de entroido, o polideportivo González Laxe congregou unhas 700 persoas nunha festa na

que non faltaron todo tipo de xogos, chocolatada e rosquiñas. A festa intensificouse co ‘Entroido dos veciños’ este sábado 21.

frazadas, sobre todo nenos e nenas. Todos participaron no desfile no propio recinto, sen concurso, e pasaron a

tarde nos diversos obradoiros e atraccións, como o touro mecánico, o circuíto de bicis, varios inchables e o

futbolín humano. Tamén se ofreceu unha merenda con larpeira, chocolate e refrescos.

MESÍA

A Festa de Entroido de Mesía encheu o polideportivo municipal en Xanceda con numerosas persoas dis-

TORDOIA

A festa do martes de entroido en Tordoia superou os 300 participantes, con todo tipo de entretementos e chocolatada con rosca para repoñer forzas.

TRAZO

Na parroquia de Restande volveron celebrar a Festa da Corrida do Galo, con disfraces, xogos e incluso unha polbeira para non marcar con fame para a casa.


Crónicas - Febreiro 2015

13

TEMPO DE ENTROIDO

centros educativos, asociacións culturais e entidades veciñais dos distintos municipios da contorna

r e a festa rachada do entroido ORDES

O concurso do sábado de piñata de Ordes sumou máis de 500 participantes, chegados de diversos puntos da Coruña e de Pontevedra. Polas rúas circularon personaxes de banda

deseñada e de cine, faraóns, mariachis, labregos, seres mariños ou pezas de roupa a medio lavar perseguidas por lavadoras. Todo un derroche de imaxinación

FRADES

ao que contribuíu o bo tempo para dar espectáculo ante os milleiros de espectadores e para facerse con algún dos premios, dotados en total con máis de 4.000 euros.

Ao peche desta edición, coñecíase que na categoría de comparsas gañou ‘Mary Poppins’, seguida de ‘O mar anda revolto’ e de ‘Botemos unha partida’.

OROSO

O festival escolar e o concurso de disfraces foron dúas das grandes citas do entroido en Oroso. No certame venceron a comparsa ‘Os Amish’ de Ordes, con mención especial para ‘As nosas emocións’ de Oroso. En infantil, a mellor comparsa foi ‘Planeta Oroso’, con cativos do municipio

No concurso de disfraces de Frades, segundo o Concello o máis concorrido dos últimos anos, gañou a comparsa ‘O mar anda revolto’, de Poulo. O segundo premio foi para V, de Vitre, e mención especial para ‘O circo de Frades’.


14

Crónicas - Febreiro 2015

Economía COMARCA O sector teme unha caída aínda maior de prezos e dificultades na recollida se a produción se dispara

Incertezas a un mes da desaparición das cotas leiteiras A desaparición do sistema de cotas leiteiras, o 1 de abril, envolve o sector leiteiro en incertidume. Despois dun cuarto de século aplicando o mecanismo de limitación da produción, os gandeiros ignoran como vai ser o novo escenario. Temen unha redución de prezos aínda maior e dificultades na recollida se a produción se dispara. Incluso as administracións evitan pronunciarse claramente e marcar liñas vermellas. Un dos aspectos dos que máis se fala é o establecemento efectivo de contratos de longa duración. A finais de xaneiro, a directora xeral de Produción Agropecuaria da Xunta, Patricia Ulloa, acudiu ao Parlamento Europeo para defender que estes acordos teñan unha duración mínima dun ano e involucren a todos os elos da cadea de valor do leite, tamén a distribución. Ulloa propuxo eliminar o dereito dos gandeiros a renunciar a esa duración mínima, o que na práctica se traduce en que as industrias conseguen impoñerlles acordos inestables. E neste sentido, o goberno autonómico proclamouse partidario de prohibir que os compradores de leite negocien directamente con produtores socios dunha Organización de Produtores Lácteos (OPL), evitando situacións de debilidade e obrigando a que as negociacións sexan coa OPL. Non obstante, a intervención de Ulloa na cámara comunitaria non parece que vaia ter máis consecuencias prácticas que a incorporación do seu parecer aos informes que prepara o Comité de Agricultura sobre o sector.

Noutro foro, unha xornada da asociación de cooperativas AGACA, a conselleira Rosa Quintana insistiu no mantra de que as explotacións deben ser máis competitivas: “ademais de procurar obter un prezo o máis alto e estable posible pola venda do leite, deberán aumentar a súa rendibilidade diminuíndo os seus custos de produción”, manifestou a titular de Medio Rural, que cre que ao sector favoreceríalle máis unha única OPL. Para a oposición, a xestión do goberno autonómico non pasa dos discursos vacuos e móvese entre o desleixo e a neglixencia. O parlamentario socialista Pablo García teme que a Xunta opte “unha vez máis” por “non ter postura e acatar sempre o que diga o Ministerio, cousa que no sector leiteiro non tería sentido dado o peso de Galicia”, advirte. O principal grupo da oposición no Parlamento Galego, que reclamou o “cese fulminante” da directora xeral por “responsabilizar os produtores de leite da falta de contratos coa industria”, cre que en tres anos non se fixo practicamente nada por adaptarse ao novo modelo. Para García, a Xunta só se dedicou a presumir dos prezos cando subían en vez de aproveitar ese momento para asentar os contratos de longa duración. Esta é unha das súas demandas para o paquete lácteo, xunto coa garantía de recollida de todo o leite producido a un mesmo prezo, a imposibilidade de que a un mesmo gandeiro lle fixen dous prezos distintos e a creación da figura do mediador, con capacidade de intervir e forzar a negociación.

Visita da conselleira do Medio Rural a Casa Grande de Xanceda, en Mesía

Avanza a produción ecolóxica A conselleira de Medio Rural destacou o incremento da produción ecolóxica nos últimos anos en Galicia. Foi durante unha visita a Casa Grande de Xanceda, en Mesía, na que Rosa Quintana asegurou que a superficie desta modalidade de produción pasou en Galicia dunhas 13 hectáreas en 1997 a case 16.000 en 2013, e o número de produtores e elaboradores pasou de 11 a 656. Quintana puxo a empresa de Mesía como exemplo da relevancia da produción agrogandeira ecolóxica e destacou tamén o seu “efecto demostración” para que o

sector o vexa como unha alternativa factible. A conselleira expuxo que a produción ecolóxica ten beneficios ambientais pero tamén económicos e sociais, cun maior valor engadido elevado e cun moi boa aceptación nos mercados internacionais. A Xunta destacou a Casa Grande de Xanceda como iniciativa pioneira neste eido. Con 379 reses, dedícase á comercialización de lácteos, sobre todo iogures, e leite ecolóxico. Medio Rural dixo que desde 2009 a empresa obtivo uns 652.000 euros en axudas.

COMARCA

ORDES

A Mancomunidade contribúe a fomentar o galego no comercio

A Feira de Oportunidades enche todos os postos dispoñibles

O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes ofreceulle colaboración ao sector comercial para estender o uso da lingua galega na súa actividade cotiá. Baixo o lema ‘O galego vende’, desenvolve a que é a primeira campaña de dinamización idiomática deste ano. A inciativa, na que os establecementos comerciais poden participar de balde, motiva o uso do galego tanto na atención directa coa clientela como en páxinas web, carteis, redes sociais, publicidade ou tíckets, cando menos en igualdade co castelán.

A Feira de Oportunidades de Ordes, que se celebra por primeira vez entre os días 26 e 28 de febreiro, terá ofertas nos trece postos dispoñibles na Praza de Abastos. En total, suman 470 metros cadrados no primeiro andar do edificio. Téxtil, calzado, artesanía, marroquinería, alimentación ou bixutería son algúns dos sectores que terán presenza neste evento co que os comerciantes poderán darlle saída a mercadorías de remate de tempada, coa calidade habitual e con prezos atractivos como reclamo para a clientela.

Cada negocio poderá recibir unha atención personalizada, ademais de recibir folletos informativos e material promocional da campaña. O Servizo de Normalización Lingüística xa está contactando directamente cos establecementos para convidalos a adherirse á campaña e explicarlles o procedemento. Tamén participan asociacións e a web da propia Mancomunidade. A intención é que a cidadanía e os profesionais do sector comproben que o uso do galego pode favorecer tanto as relacións comerciais como outro tipo de relacións.

Ademais, o Concello anunciou que durante os tres días da feira efectuaranse obradoiros temáticos de chocolate, para nenos e adultos. Serán impartidas por Pablo Pena, da Panadería Milagros, quen ensinará diversas receitas nunha actividade na que colabora a empresa Chocolates Valrhona. O goberno municipal asegura que coa Feira de Oportunidades e as actividades paralelas pretende darlle “un uso polivalente” ás instalacións renovadas da Praza de Abastos, que moitos visitantes da feira coñecerán por primeira vez nestas xornadas.


crónicas - Febreiro 2015

15

#somosOrdes

ecONOMíA

Xesús

Pedreira

Candidato á Alcaldía de Ordes

INDUSTRIA Os tres primeiros talleres que se uniron á súa rede están ubicados na comarca de Ordes

Promoven latitude, unha iniciativa que intenta recuperar o sector téxtil da man da sostibilidade Outra industria téxtil é posible. É o principio que inspira a nova empresa Latitude, que coa súa actividade quere contribuír a recuperar o sector en Galicia a través do valor engadido da sostibilidade. Ofrécenlles servizos ás marcas que van desde o deseño das prendas ata a súa confección en talleres, pasando polos tecidos que se utilicen. A compañía, que ten escasos meses de vida e acaba de ser presentada na súa sede na Cidade da Cultura en Santiago, asegura que os talleres serán o seu “corazón”. Os tres primeiros en sumarse son da comarca de Ordes, onde a confección téxtil atesoura unha considerable tradición e mantén certa relevancia económica, pese ao declive dos últimos anos. En Latitude Contemporany Fashion Makers, que é o seu nome completo, perciben “unha espiral de cambio”, que consiste en que “tras anos de deslocalización das producións a países asiáticos, son xa moitas as empresas que pensan en volver”. Agora, valoran máis que a proximidade aforra tempo, loxística e aranceis, e ta-

G

mén lles permite desenvolver a Responsabilidade Social Corporativa, coa creación de emprego e condicións laborais xustas, segundo din. O servizo de Latitude ás marcas é precisamente facilitarlles producir aquí con estándares sostibles. Eso notarase no produto, para o que por exemplo dispoñen de máis de cincocentas referencias en materiais téxtiles sostibles de provedores seleccionados a nivel internacional. Tamén ofrecen servizos de deseño e están desenvolvendo a etiqueta ‘Proud’ (orgulloso, en inglés) para identificar todas as prendas que se creen coa súa estratexia. “Queremos que as marcas se sintan orgullosas dos seus talleres, que os talleres se sintan orgullosos do seu traballo e que os consumidores se sintan orgullosos das súas pezas”, explican. E máis aló do produto, cren imprescindible coidar as persoas que o confeccionan. Con ese fin, e coñecendo o punto de partida, os seus espazos de traballo buscarán o benestar dos empregados, con áreas verdes, zonas de descanso e outros

Presentación de Latitude na Cidade da Cultura, con presenza do goberno de Ordes

aspectos, por suposto tamén os salariais, para que “as persoas se sintan valoradas, integradas e coidadas”. CONSUMO CONSCIENTE En Latitude saben que o téxtil sostible pode ter maior custo económico para o consumidor, aínda que a gama de prezos non excluiría ningún peto. Eso si, tamén pretenden influír

na súa conduta para que sexa consciente das consecuencias dos seus hábitos como cliente. Con ese propósito, crearon unha instalación na Cidade da Cultura que animaba aos visitantes a preguntarse onde se fixo a roupa que levaban, se a vían sostible, se se fixan máis no prezo ou no valor, ou que impacto pode ter sobre as persoas e o medio.

Marcos Guerra Mengual Bernardo Guerra González

A CORUÑA c/ Asturias, 9 Lunes o Viernes - 11:00 a 13:30

ABOGADO - GRADUADO SOCIAL

CARBALLO c/ Fomento, 16 Entrs. Jueves - 11:00 a 13:30

G

ASESORÍA JURÍDICA

PREFERENTES

PENSIONES

SEPARACIONES

SEGURIDAD SOCIAL

CIVIL / HERENCIAS

Telf. 981 150 128

ORDES Rúa Compostela, 16 bajo Miércoles - 11:00 a 13:30

Fax 981 246 789


Crónicas - Febreiro 2015

16

xente dE aquí OROSO

Últimos días para presentarse ao concurso de fotografía ‘Muller traballadora’ O concurso de fotografía “Muller traballadora”, que convoca o Concello de Oroso por quinto ano, admite a entrega de traballos ata este 27 de xaneiro. No certame poden participar veciños das comarcas de Ordes e de Compostela, sen importar que sexan profesionais ou afeccionados da fotografía. Cada participante pode presentar ata tres propostas na biblioteca municipal. Deberán cumprir coa esixencia de que a temática da imaxe estea relacionada co traballo das mulleres, en calquera eido. Non existe ningunha outra condición especial sobre a temática para poder participar. Os premios establecidos polo Concello son 250 euros para a fotofrafía gañadora, e 150 e 100 euros para a segunda e a terceira imaxe da clasificación. Todas as fotografías que concorran formarán parte dunha exposición municipal que calquera poderá visitar no centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro durante dúas semanas, entre o venres 6 e o venres 20 de marzo. OBRIGATORIO RECOLLER O PREMIO Unha das poucas novidades introducidas pola organización no ano no que o concurso cumpre un lustro é a obriga de que as persoas gañadoras dos distintos premios acudan ao acto de entrega, ás 20 horas do 6 de marzo no propio centro cultural. Non obstante, tamén se lles dá a opción de delegar noutra persoa no caso de que non lles resulte posible asistir ao evento. Polo demais, mantense que as fotografías teñen que ser orixinais e que non recibiran ningún tipo de premio noutros concursos. O seu formato ten que ser de 20x30 centímetros, en cor ou en branco e negro, e deben presentarse sen montar, sen paspartú, sen marco e sen cristal. Non se admite a utilización de ningún programa informático de retoque fotográfico, tal como indican as bases do certame. Para a entrega das propostas, estableceuse o habitual sistema de plica deste tipo de concursos, tamén cun cedé que inclúa a imaxe en formato dixital. O Concello matiza que para as fotografías nas que apareza unha persoa identificable terá que constar o seu consentimento. As bases están publicadas na súa integridade na páxina web do Concello de Oroso.

SORTEO 2.0

Entregada ‘A República da Berxa...’ que sorteou Crónicas

Manuel Pazos (á esquerda) entrégalle o libro a José María García Sánchez

José María García Sánchez, veciño de Ordes, foi o gañador do libro ‘A República da Berxa. Antonio Gómez Carneiro e o seu tempo (1899-1979)’ sorteado por Crónicas entre todos os lectores aos que lles gusta a páxina de facebook do periódico. A entrega do premio tivo lugar na biblioteca municipal de Oroso. O gañador recibiuno de mans de Manuel Pazos Gómez, o historiador autor do libro, que recolle a biografía e o contexto histórico de quen foi alcalde de Mesía durante dúas etapas da Segunda República e que despois padecería a represión do franquismo en forma de seis anos de clandestinidade e outros seis de prisión.

ORDES

Remata o curso de informática do circuíto de outono-inverno

O concelleiro de Cultura (esq.), co alumnado e o docente do curso informático

O curso de informática convocado no curcuíto cultural e deportivo de Ordes durante novembro, decembro e xaneiro chegou á súa fin coa entrega de diplomas por parte do concelleiro de Cultura ordense, Ramón Vázquez. Os contidos principais da actividade foron os relacionados coa ofimática e coa utilización de internet nun nivel básico. O concelleiro felicitou ao alumnado polos resultados e animouno a continuar aprendendo sobre a utilización de novas tecnoloxías nos vindeiros cursos que o Concello prevé impartir entre os meses de marzo e xuño.

O libro será presentado o 6 de marzo no centro cultural de Sigüeiro ‘A República da Berxa. Antonio Gómez Carneiro e o seu tempo (1899-1979)’ será presentado o vindeiro venres 6 de marzo a partir das 20:30 horas nun acto no centro cultural de Sigüeiro organizado polo Concello de Oroso. O autor do libro estará acompañado polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e polo historiador e profesor da Universidade da Coruña Uxío-Breogán Diéguez Cequiel. Tamén intervirán os autores dos anexos da obra: Paula Fernández, que transcribiu actas de sesións do Concello de Mesía de 1936, e Gonzalo Veiras, que describe no seu texto a faceta de Gómez Carneiro como industrial. Na presentación actuarán Mini e Mero, acompañados por Raúl Galego. Esta é a segunda ocasión na que se dá a coñecer o libro nun acto público, despois do acto xa celebrado na Casa da Cultura de Mesía en Xanceda, no que o salón de actos se quedou pequeno para a gran cantidade de persoas interesadas.

Ata o 25 de febreiro recollen as inscricións para o novo circuíto O circuíto deportivo e cultural de Ordes para os meses de marzo, abril, maio e xuño ten aberto o seu prazo de inscrición ata este 25 de febreiro. Programáronse obradoiros de cociña en niveis de iniciación e avanzado, obradoiros de cociña infantís a partir de oito anos, baile moderno a partir de doce anos, baile en liña infantil de sete a once anos, bailes en liña para adultos, bailes de salón en iniciación e continuación, clases de plantas mediciñais, bixutería, fotografía, informática, ofimática e dous niveis de internet. Os prezos das actividades van desde os 9 ata os 54 euros, en función da duración de cada curso. Hai descontos para persoas con discapacidade, para maiores de 65 anos e para integrantes de familias numerosas. Os horarios son xeralmente polas tardes e noites, ou senón os sábados pola mañá. As inscricións poden formalizarse no departamento municipal de Cultura e Deporte en horario matinal.


Crónicas - Febreiro 2015

17

xente dE aquí OROSO ‘Democracia federal. Apuntes sobre España’

Francisco Caamaño presenta o seu novo libro en Ordes Francisco Caamaño, exministro de Xustiza con José Luis Rodríguez Zapatero e actual parlamentario autonómico do PSdeG-PSOE, presentou en Ordes o seu libro ‘Democracia federal. Apuntes sobre España’, nun acto organizado pola asociación Inquedanzas no Museo do Traxe. Na súa obra, Caamaño reflexiona sobre a que considera estreita rela-

ción entre o federalismo e a democracia: “o federalismo pretende construír un proxecto político común no que cada un poida sentirse identitariamente cómodo -asegura Caamaño- sen facer dese sentimento unha causa política irresistible” e con capacidade para artellar democraticamente un proxecto político común compatible coas diferencias.

Caamaño, no centro, expoñendo as súas teses durante a presentación do libro

FRADES - ORDES Conclúe unha nova tanda do curso de Ordes e desenvólvese un en Frades

A afección polas clases de cociña non decae na comarca

O curso de Frades ten lugar no local social da Pontecarreira en febreiro e marzo

As clases de Ordes superaron os vinte alumnos e remataron pensando no entroido

O interese polos cursos de cociña mantense moi vivo na comarca, como demostran dúas iniciativas recentes en Ordes e en Frades. No caso ordense, as clases muni-

deira xornada aproveitaron que era entroido para encher a mesa de orellas, filloas e rosquillas. En Frades, os venres de febreiro e marzo dezaseis persoas participan

cipais concluíron unha nova tanda, na que participaron máis de vinte alumnos, en niveis de iniciación e de perfeccionamento. Aprenderon a preparar numerosas receitas, e na derra-

nun curso na Pontecarreira. Formaranse en aspectos teóricos de manipulación de alimentos e nutrición e tamén nos principios prácticos básicos de cociña e repostaría.


18

Crónicas - Febreiro 2015

xente dE aquí OROSO

ORDES

Escolares do Castelao defenden a libre expresión no Día da Paz

Os docentes da Aula de Música ofrecen un concerto gratuíto

Un intre da actuación, na que ofreceron pezas de jazz clásico, moderno e latino Os estudantes de sexto de primaria, co libro que crearon entre todos

Os escolares que estudan no sexto curso de educación primaria do colexio Castelao de Ordes conmemoraron o Día da Paz elaborando un libro en conxunto ao que chamaron ‘Pola liberdade de expresión’. Co seu traballo colectivo, os

alumnos e alumnas pretenderon efectuar unha homenaxe especial aos profesionais que se dedican ao xornalismo gráfico, unha cuestión que nas últimas datas cobrou especial relevancia polo atentado terrorista contra o semanario satírico francés Charlie Hebdo.

ORDES

‘Contos de animalario’ nunha nova tarde de contos e lendas

A actividade combinou narración oral con actuacións de música e baile

O grupo ‘Daboapipa’ ofreceu o seu espectáculo ‘Contos de animalario’ na sesión das ‘Tardes de contos e lendas’ do Concello de Ordes correspondente ao mes de xaneiro. Na actividade, que como sempre se desenvolveu na biblioteca

municipal, participaron numerosos nenos e nenas, que tiveron a ocasión de escoitar a narración oral de contos e historias á vez que podían participar nos números de música e baile cos que os integrantes do grupo trataron de divertilos continuamente.

Os profesores da Aula de Música de Oroso ofreceron un concerto no centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro, seguido por un centenar de espectadores, entre eles o alcalde e varios concelleiros. Para a ocasión, os intérpretes ofreceron varias pezas de jazz clásico, moderno e latino. Era a pri-

meira ocasión que ofrecían unha actuación así e declaráronse moi satisfeitos co resultado e pola acollida. Ata agora, sempre actuaran acompañando os alumnos ou exerceran como artistas convidados no contexto de actos culturais como a inauguración do certame internacional GóisOrosoArtes.

COMARCA

Acompañamento, escola de familias e sidra con Andaina A asociación ‘Andaina Pro Saúde Mental’ ofrece na comarca de Ordes o seu programa de acompañamento integral, que conta cunha axuda de 2.500 euros de fondos do IRPF. As persoas afectadas por problemáticas de distinto tipo van ser atendidas no ámbito do seu domicilio, nunha iniciativa na que colaboran os servizos sociais da Mancomunidade. Ademais, a entidade tamén ofreceu en febreiro as súas Escolas de Familia e respiros para familiares e persoal coidador, cunha fin de semana nunha casa de turismo rural propiedade de FEAFES en Cangas. Noutro ámbito, Andaina está embotellando sidra ecolóxica nun proxecto empresarial co que quere conformar un centro de traballo estable para os seus usuarios. Coa iniciativa ‘Mundo Mazá’, que desenvolven desde hai dous anos no centro de rehabilitación psicosocial e laboral de Dodro, van poñer no mercado máis de 1.500 litros

Proceso de embotellado do proxecto ‘Mundo Mazá’ de Andaina

de sidra elaborada integramente con mazás de Galicia e con moito traballo en equipo, o que constitúe o principal valor terapéutico do proxecto.


Crónicas - Febreiro 2015

19

xente dE aquí ENTREVISTA Iván del Río, fundador e director da compañía discográfica ordense Discos Modernos

“Vivir desto é difícil pero non imposible” - Discos Modernos é unha compañía discográfica de Ordes. Fundada e rexistrada no inverno do pasado ano e malia levar tan só un ano de vida, xa pode presumir de contar con oito grandes bandas nas súas filas e de ser unha referencia importante á hora de falar de música do noso pobo e da música galega en xeral. Con Iván del Río, fundador e director da compañía e á vez cantante e guitarrista do grupo Superoito, falamos desta experiencia. - Que foi o que te levou a crear Discos Modernos? - Sempre me trouxo idea todo o relativo á industria musical. Paso media vida entre concertos, cando non tocando como público, e vexo que hai moitas bandas que a pesar de ofrecer un produto dunha calidade incrible non conseguen chegar a toda a xente que deberían. Eu intento axudarlles nisto, mobilizalos todo o posible, quitarlles carga de traballo e que cada grupo só teña que preocuparse de tocar. - Ten vontade de ser unha discográfica convencional ou xa non quedan? - Non teño nada planeado, prefiro ir pouco a pouco e decidir sobre a marcha o que vou facendo. O único que me interesa é que os meus grupos poidan vivir da música, cousa complicada pero non imposible. - Que fai distinta a Discos Modernos no mercado musical? - Supoño que o non reducirme exclusivamente ao ámbito musical de cada grupo. Intento establecer un ambiente de confianza e saber como están no seu día a día, non só cando están tocando. Traballar cun grupo é moito máis efectivo se consigo entender o que buscan en cada época do ano. Eso, e que os meus grupos son putos grupazos! - Cales son? - Agora mesmo: Ivy Moon (Santiago de Compostela), MJ Pérez (Arzúa), Que Desilusión (Pontevedra), Esquíos (A Estrada), John Happy Driver (Muros) e Pito de Pikasso (Santiago de Compostela). Con algúns deles traballo máis porque se atopan en momentos máis clave da súa carreira e outros precisan menos axuda porque xa están mantendo un ritmo alto por eles mesmos. - Os ‘Ivy Moon’ son algo especial para ti, non? - ‘Ivy Moon’ son os meus nenos, os meus favoritos. Foron os primeiros en entrar en Discos Modernos e son cos que máis contacto teño porque falo con eles todos os días practicamente e non só de música. Son como da familia e admíroos tanto como músicos como persoas. Debutaron nos escenarios no Festival Brincadeira en agosto do ano pasado e tocaron un montón desde ese día. Agora estanse preparando para entrar a estudio co seu xa segundo disco, que vai sonar tan ben coma calquera dos Arctic

Monkeys ou de Tame Impala. - Con MJ Pérez tamén estades preparando disco... - MJ é algo máis persoal. Tocamos un par de cancións xuntos en vídeo e non tiven moito que dicir dela. Ten unha voz moi boa e por encima de todo paréceme unha rapaza valente, sen medo a nada e moi traballadora. Antes de ser a miña única cantautora xa era unha moi boa amiga miña. Tamén está gravando o seu segundo disco e podo asegurarche que vai ser un auténtico éxito. María é unha aposta segura. A súa música sempre gana.

moito. Os primeiros teñen liñas máis de rock&roll mentres que os segundos teñen unha actitude algo máis punk moi característica deles. Ámbolos dous grupos teñen unha morea de discos ás costas e saben ben o que fan. Non son grupos noveis nin moito menos. - Como traballas coas bandas? Que pode atopar un grupo en Discos Modernos que non teña noutra empresa? - Recollo toda a información relativa a cada grupo (biografía, discos, xiras anteriores...) e procuro saber que plans de futuro teñen. A partir de aí intento axudarlles no que lles apeteza facer en cada mo-

Iván del Río, o da dereita, creou Discos Modernos hai pouco máis dun ano

- ‘Que desilusión’ tampouco quedan atrás... - ‘Que desilusión’ son mestres da vella escola. Non necesitan nin carta de presentación. Son os putos Barricada de Pontevedra. En calidade e composición está moi por encima da media. O verán pasado publicaron o seu segundo disco “Remedios Contra la Mala Suerte” e aínda a día de hoxe seguen recollendo recoñecementos por el. O máis recente, o Premio a mellor grupo de 2014 no Pontevedra Ferve e consideración de terceiro mellor disco do ano para Distrito Uve e Javier M. Alcáraz de rocksesión.com. Son rockeiros de verdade. - Que tal tocan os ‘John Happy Driver’? - ‘John Happy Driver’ son unha banda de punk, pero punk do auténtico, sen postureo. Fan o que lles apetece en cada momento e non seguen ningunha norma. Son vividores a máis non poder e teñen un directo moi interesante. Son moi boa xente e o seu momento vai chegar máis pronto que tarde. - E como van as últimas incorporacións? - Con ‘Esquíos’ e ‘Pito de Pikasso’ son cos que menos confianza teño porque entraron hai pouquiño pero sei de boas tintas que tamén están currando

mento, sexa tocar, atender entrevistas ou facer novos discos. Non creo que haxa nada que me distinga do resto de discográficas máis ca iso, antes de ser manager procuro ser amigo! - Cal é a parte principal do traballo? - Céntrome principalmente en tres aspectos: planificación de xiras (salas, festivais e acústicos), difusión tanto a nivel musical como mediático, e financiación de discos, dentro das miñas posibilidades económicas. - Cóstache compaxinar todo isto con Superoito, que por certo estades arrasando, e coa túa vida persoal? - Normalmente si. Ademais de Discos Modernos e do grupo tamén estou estudando unha carreira, traballo de profesor nun centro psicopedagóxico e son redactor en dúas revistas de música. É difícil estar a todo pero é cuestión de poñerlle ganas. En calquera das catro áreas estou facendo o que me gusta, así que non teño problema. - Excluirías algún estilo musical ou non hai inconvinte en levar calquera grupo, toque como toque? - Cada grupo é libre de escoller o estilo no que quere desenvolver a súa actividade. Eu non son quen para xulgar a ningunha banda mais é certo que o gusto persoal é determinante á hora de esco-

ller os grupos. Non podería traballar con grupos que non me gustan. Escoito os discos e se me gustan non teño máis que pensar. - O límite está en grupos da comarca, de Galicia… ou a rede permite traballar sen problema de distancias? - Agora mesmo a fronteira límite que me interesa cubrir é exclusivamente a galega. Gústame estar presente en todos os concertos que poida, moitas veces vou como técnico de son e outras como un espectador máis. Xa agora entre Superoito e o resto de grupos me perdo moitos concertos, se collese grupos de fora aínda me perdería máis. Non me gustaría traballar con grupos que non podo disfrutar en directo. - Como pode competir unha pequena discográfica con outras de maior tamaño e xa asentadas no mercado? - Non o vexo como unha competición realmente. Cada discográfica aposta por uns grupos en concreto ou por un estilo de música moi definido. Agora mesmo hai algunhas referencias galegas das que se podería aprender moito. Esmerarte Servicios Musicales, Ernie Produccións, Discos Porno, Discos Humeantes... por poñer algún exemplo. Son compañías que xa levan tempo en activo, con grupos de moita calidade e que saben de sobra como facer ben o seu traballo. - A cultura pode ser emprego? Discos Modernos ten futuro como empresa? - Tanto a nivel de discográfica como a nivel de banda, vivir disto é difícil pero non imposible. No caso dos grupos hai que tocar moito, tódalas semanas e ás veces dous ou tres días seguidos. Hai que ter a cabeza nisto todos os días. Como productora discográfica tamén é difícil, pero depende do tempo que se lle dedique e do en serio que o tomen os grupos cos que se traballa. - Ides seguir organizando o festival ‘Vaise Liar’ para este verán? - Si, fágoo xunto xunto co meu camarada Glenn (o batería de Superoito). O ano pasado foi a primeira edición e foi un éxito tanto a nivel de bandas como de asistencia. Este ano estamos xa mirando de facelo un pouco máis grande e poder abarcar moita máis xente. - Rematamos. Aproveita para saudar e dar as gracias, que sabemos que o estás desexando e así non nos quedan estas liñas baleiras! - Si, claro! A un lote de xente! Á miña familia toda, a meu irmán Daniel que é un crack, a Xabi e Glenn colegas de vida e de escenario, a Peluquería Luis Alejandro que son os responsables de que sempre saiamos guapos nas fotos, a Pili e a Marta de Ensinarte que me tratan como un marqués, e a Alberto, Jorge, Xelo, Marina, Brenda, Anxo, Daniel e Matías que aínda que son un pouco mangantes, sempre teñen algunha historia coa que alegrarme o día. Saúdos para todos!


20

Crónicas - Febreiro 2015

DEPORTES JUDO

ATLETISMO Nos galegos de combinadas en Lugo, Gontá fíxose cun ouro

Óscar Lamas Ríos, subcampión galego en categoría júnior de menos de 100 quilos

Atlética A Silva obtén catro medallas nos campionatos galegos da Coruña

Lamas, coa prata no podio

Óscar Lamas Ríos, formado na escola municipal de Cerceda e adscrito ao Judo Club Arteixo, proclamouse subcampión galego júnior na categoría de menos de 100 quilos, durante o campionato autonómico disputado hai uns días no pavillón de Santa Isabel en Santiago. Ademais deste moi destacado posto, Lamas Ríos foi seleccionado para o Campionato de España júnior de judo, que se celebra en Oviedo este 21 de febreiro. No campionato galego júnior en Santiago, o Judo Club Arteixo obtivo outras cinco medallas.

MESÍA

A área de Deportes recolle suxerencias de rutas para percorrer en andainas colectivas O departamento municipal de Deportes de Mesía pretende organizar quedadas para camiñar polo municipio cando a primavera ofreza mellores temperaturas. Para eso, nas súas redes sociais pediu suxerencias de rutas a todas as persoas que estivesen interesadas en participar e compartilas. Empraza a que se explique por que lugares discorrería o itinerario e con que superficie conta, que nivel de dificultade tería, a distancia aproximada e as observacións que se consideren pertinentes. O programa, denominado ‘Camiña Mesía’, aspira a quedar en cada unha das parroquias do Concello para que os participantes poidan coñecelas a pé e ademais teñan tal experiencia de facer deporte en grupo. No evento creado en redes sociais, Deportes de Mesía cita a data do 9 de maio, se ben tamén matiza que irán informando puntualmente das quedadas que se vaian concretando.

Á esquerda: Gloria Iglesias, ouro en salto de lonxitude e bronce en 500 metros, en categoría benxamín. Á dereita: Alejandro Cabeza e Nacho Sposito, cuarto e sexto en peso, tamén en benxamíns. Fotos: Club Atlética A Silva.

O club Atlética A Silva conseguiu catro medallas coa súa participación nos recentes campionatos de Galicia disputados na Coruña. Dúas das medallas foron para Gloria Iglesias e as outras dúas para Martín Liste. Iglesias foi campioa galega de salto de lonxitude en categoría benxamín, cunha distancia de 3,10 metros. E en 500 metros acadou o bronce, cun tempo de 1’ e 48,60’’. Na categoría júnior, Liste colgouse a medalla de plata en peso, cunha

marca de 12,8 metros, e a de bronce en 50 metros, cun tempo de 6,31’’. En benxamín, destacaron tamén Alejandro Cabeza e Nacho Sposito, cuarto e sexto en lanzamento de peso, con marcas de 5,55 e 5,12 metros. En xuvenil e júnior, tamén fixeron bos papeis Agustín Iralde (7,25’’ en 50 metros), Pedro Pose 6,76’’ en 50 metros e 8,75’’ en 50 metros valos), Adrián Loureiro (6,88’’ en 50 metros), Denís Regueiro (7,95’’ en 50 metros e 33,37’’ en 200 metros), An-

drea Cancela (13’ e 15,10’’ en 3.000 metros) e Mencía Pena (9,42’’ en 50 metros valos e 8,32 metros en peso). Antes, no campionato de combinadas en Lugo, José Manuel Gontá proclamouse campión galego en pentathlon, na categoría veteranos 45, cun rexisto de 2.658 puntos. Lucas Paz foi cuarto en hexatlon cadete con 2.275 puntos, quedando a moi pouco do podio, e Sara Míguez rematou sétima en pentathlon cadete, con 1.858 puntos.

KARATE Campionato Galego de probas combinadas en pista cuberta

Núñez, convocada a adestrar pola Selección A karateca cercedense Emma Núñez foi convocada pola selección galega a acudir a un adestramento aberto da selección española no Centro de Alto Rendemento do Consejo Superior de Deportes en Madrid. Este adestramento ten por obxectivo que as xóvenes promesas do karate en categorías inferiores poidan darse a coñecer e ao longo do ano poder entrar nas convocatorias de adestramento da selección española. Tras a presentación e o primeiro adestramento específico co seleccionador nacional, tivo lugar un campionato eliminatorio, no que Núñez se impuxo nas súas tres confrontacións por 4-1, 3-0 e 2-1 na final. A partir deste adestramento vaise conformar o equipo xuvenil que adestrará do 28 de febreiro ao 1 de marzo en conxunto coas categorías cadete, júnior e sub 21, nun proxecto

Emma Núñez (esq.) continúa demostrando unha formidable progresión deportiva

do seleccionador español César Martínez, que terá lugar en Toledo. Por outra parte, Núñez participou no I Torneo Interclubes en Negreira, con presenza de entidades do Bierzo

e de Galicia. A deportista de Cerceda conseguiu o doblete, ao alzarse primeira no podio nas dúas modalidades, as de kata e kumite xuvenil feminino.


crónicas - Febreiro 2015

21

dePORteS ENTREVISTA a Óscar Noya García, coordinador e director deportivo do Trazo C. F.

“estou seguro de que manteremos a categoría” - O Trazo C.F. tiña nesta tempada un importante reto, o de asentarse en segunda autonómica. Están saíndo as cousas como agardaba? - O principio nótase un cambio importante no nivel dos rivais, pero pouco a pouco fomos adaptándonos e hoxe en día xa estamos acostumados a esta categoría. Polo de agora as cousas están indo a mellor, xa que vimos de gañarlle ao líder na casa, pero aínda non está a permanencia asegurada e queda moita liga. - En que cambia a nova categoría con respecto a anterior? Que é o que máis lles costa para adaptarse? - Nesta categoría xa se ven os equipos máis formados, con mellores xogadores. Na tempada pasada con moitos equipos chegabas con resultados amplos e traballo feito ao descanso e en cambio nesta tes que estar concentrado os noventa minutos. Tal vez o afán de gañar sempre de maneira clara sen demasiado esforzo foi o que máis nos costou na adaptación a esta categoría. - Cren que se poderán manter na división? Qué condicións se deben dar para que o consigan? - Como coordinador deportivo estou totalmente seguro de que o conseguiremos, a pesar de que pasámolo moi mal durante a fin da primeira volta, agora penso que as cousas están saíndo mellor, sobre todo no que a lesións se refire. Coa plantilla que temos agás que teñamos mala sorte coas lesións, paréceme que conseguiremos o obxectivo. - Fixeron moitos cambios na plantilla nos últimos meses? Foron suficientes e axeitados para o cambio de división? - Realmente o equipo é o mesmo do ano pasado cun par de retoques. Incorporamos a inicios da tempada tres xogadores (Nieves, Souto e Pepe) e en decembro outros dous (Anxo e Jorge). A principios da tempada tamén contamos co regreso ao equipo de Javier López “Ponte”. Parécennos totalmente suficientes e axeitados para o cambio de categoría; de feito, case todos os nosos xogadores estaban de xogar en ligas como a deste ano, e incluso superiores. - Que destacaría do tipo de xogo que desenvolve o equipo? - Para min temos un equipo feito de xogadores con calidade; co cal destaco o toque e posesión de balón que intentamos facer durante os partidos, aínda que unhas veces sae mellor que outras. Tampouco con todos os equipos podes desenvolver o mesmo fútbol. Temos xogadores que van moi ben de cabeza e eso tamén nos axuda en determinados aspectos como xogadas a balón parado ou á hora de defender.

Integrantes do Trazo Club de Fútbol, que compite na Segunda Autonómica desde esta tempada 2014-2015

- Que aspectos do seu rendemento deportivo son mellorables e que están facendo para conseguilo? - Para min o noso defecto máis grande esta tempada foi que, por diversos motivos, non fixemos unha boa pretempada e tamén que non dispoñíamos de campo para adestrar agás os luns, que ao ser despois dun partido pouco se pode traballar, e os xoves. A día de hoxe incorporámonos xa ao noso campo e, para mellorar iso, levamos dúas semanas xa adestrando os martes, mércores e venres. - Teñen canteira? - Si. Dispoñemos de categorías inferiores as cales creamos fai tres tempadas e, a pesar de todo o traballo que eso conleva, estamos encantadísimos de telas creadas. Hoxe en día somos un total de 119 fichas federativas, co cal estamos orgullosos e esperamos ir pouco a pouco a máis. - Estarán coas novas instalacións... - Si, o pasado domingo 15 de febreiro inauguramos unhas novas instalacións deportivas, que para o noso entender compiten coas de calquera club. Unha herba artificial de última xeración na cal os nosos xogadores notan moitísima diferencia con respecto a outros campos. Un total de catro vestuarios e dous máis para os árbitros e todo acondicionado. Estamos máis que satisfeitos das nosas instalacións e agradecemos a todos aqueles que axudaron para facer eso posible. Faltan uns pequenos retoques que esperamos que pronto poidamos contar con eles e ao noso entender queda unha instalación digna de ver que non lle pide nada a de ningún outro club. Quero facer un especial agradecemento ao noso presidente Antonio por todo o que loitou para conseguir este campo.

- Como club deportivo, cales son as principais dificultades que teñen en canto o financiamento, captación de socios e apoios? - No meu modo de ver, o aspecto económico cada día é máis difícil para os equipos de fútbol rexional. Cada tempada os gastos de licenzas, arbitraxes e demais temas soben de prezo. Aínda así, con traballo e quitando un pouco de todos os lados vanse conseguindo acabar as tempadas. No noso club, para a categoría e situación na que estamos, contamos cuns 419 socios. Estamos orgullosos e parécenos unha cifra bastante considerable para nós. Entre eso, empresas e sobre todo o apoio do noso Concello de Trazo, solventamos as nosas necesidades económicas, gastos de arbitraxes, licenzas, tarxetas e desprazamentos. - Qué relevancia cre que ten no

municipio o Trazo C.F.? Está suficientemente recoñecida? - No noso municipio existen a día de hoxe tres equipos. O noso é o único dos tres que conta con categorías inferiores. Estamos satisfeitos da nosa relevancia e agrádanos moito contar coa afección que contamos, xa que cando xogamos na casa sempre estamos moi respaldados, e cando viaxamos aos campos de fóra contamos cun colchón importante de afección. Son moitos equipos desta liga que se sorprenden da aficción que levamos con nós. Desde a directiva non temos máis que agradecementos a toda esa xente que mobilizamos día a día, así como os nosos socios, as numerosas empresas colaboradoras, o traballo continuado de todo o corpo técnico e ao Concello de Trazo, por todas as axudas que nos proporcionan, cunha mención especial ao alcalde, José Dafonte.

A FICHA DO EQUIPO - Nome: Trazo C.F. - Ano de creación: 1989. - Número de socios: 429. - Instalacións: Campo municipal Os Xeixos. Inaugurado 15 de febreiro de 2015. Con herba artificial de última xeración. - Xunta directiva: - Presidente: Antonio Andrade Veiras. - Vicepresidente: Francisco Cornes Calvo. - Tesoureiro: Manuel Liste Vázquez. - Secretario: Óscar Noya García. - Vogais: Andrés Sánchez Barros, Francisco Salvador Conde Pereiro, José Manuel Liste Liñares, María Muíño Varela e Bernardo González Fernández. - Xogadores: Antonio Conde Pereiro, Javier Miramontes Santiso, Óscar Villasenín Balsa, Sergio Noya García, Adrián Mota Liñares, Cristian Mallo Vazquez, Diego Souto Seijo, Pablo Taboada Veiras, Javier López Casas, Sergio Nieves Nieves, Carlos Nieto Gesto, Boris Villasenín Balsa, David Ferreira López, Óscar Andrade Pose, Martín Noya Merino, Alejandro Noya Pena, David Barreiro Calviño, Javier Liste Ríos, Borja Caamaño Vázquez, Ángel Pichel Becerra, José Manuel Liste Liñares, Jorge Fajín Casas, Valentín Liste Suárez, Eduardo Gigirey Miramontes, José Manuel Juncal Viqueira. - 1º adestrador: Juan Manuel García Duarte. 2º adestrador: Alberto Conde Pereiro. - Coordinador e director deportivo: Óscar Noya García. - Para non perderlle a pista ao club: en facebook, Trazo C.F.


22

Crónicas - Febreiro 2015

DEPORTES CARREIRA

FÚTBOL Ordes ofrécese a acoller novas iniciativas formativas deste tipo

Derradeiros días para inscribirse na vixésima Popular de Ordes, que se disputa o 1 de marzo

Remata o curso federativo de monitor de fútbol base, que ofertara 35 prazas

Este 25 de febreiro remata o prazo para inscribirse na vixésima Carreira Popular Concello de Ordes, que se disputará o domingo 1 de marzo durante toda a mañá, coa primeira saída ás 10:00 horas e a da proba principal ás 10:50 horas. O Concello indicou que para inscribirse nas categorías máis novas, de baby ata cadete, están dispoñibles as páxinas web www.carreirasgalegas.com e www.atletismogalego.org. Para as demais categorías (xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteranos), que correrán a proba absoluta, as inscricións deben formalizarse en www. championchipnorte.com. Poden inscribirse tanto corredores federados como non federados. Para categorías escolares anotarse é de balde e para os demais custa 3 euros se teñen o chip amarelo de ChampionChip e 4 euros se non o posúen. Segundo as idades, as distancias que percorrerán as distintas categorías van desde os 500 metros ata os 9.500 metros. Todas as probas desenvolveranse baixo o control técnico da delegación de Santiago da Federación Galega de Atletismo. Establecéronse premios en metálico para os tres primeiros clasificados das categorías individuais, dos clubs federados e dos grupos do municipio ordense. Tamén está previsto un premio especial de 150 euros para o centro escolar do concello que achegue o maior número de corredores. Para este caso, teñen que inscribirse no enderezo electrónico FGAsantiago@gmail.com. Recibirán tamén trofeos os tres primeiros homes e mulleres das carreiras xuvenil, júnior, promesa, sénior e veteranos. Haberá un podio especial cos tres mellores tempos rexistrados por corredores ordenses na proba absoluta, e distincións para os participantes de menor e de maior idade que completen o seu percorrido. O Concello aconsella consultar as bases da carreira na súa web e informa de que ao remate da proba terá a disposición dos participantes servizos de duchas e vestiarios e ofreceralles avituallamento líquido e camisetas conmemorativas. Como organización, agradeceu a colaboración de diversas entidades e de empresas e firmas comerciais.

Xa rematou o curso de monitor de fútbol base, no nivel 0, que se impartiu en Ordes desde o mes de novembro. Nesta acción formativa ofertáranse 35 prazas, que durante 65 horas de formación teórica e práctica obtiveron a posibilidade de expedir a licenza federativa obrigatoria que a partir da vindeira tempada será obrigatoria. Do mesmo xeito, o curso serviulles aos asistentes para validar o bloque de prácticas do nivel 1 do curso. No acto de clausura participou o alcalde de Ordes, Manuel Regos, quen agradeceu que a Federación Galega de Fútbol escollese o municipio para acometer este curso de adestradores. O rexedor ofreceu a disposición do Concello para acoller novos cursos deste tipo ou semellantes e felicitou ao director da Escola Galega de Adestradores “polo gran traballo que está a realizar”, afirmou Regos. Mosquera concordou en que houbo unha “boa sintonía” entre a entidade que dirixe e o Concello para desenvolver

O curso ofreceu desde novembro 65 horas de formación teórica e práctica

o curso. No encontro de clausura estivo tamén presente o novo vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Juan Luís Villamisar, despois do proceso de muda da directiva ao que se viu sometida a organización. De feito, foi

CICLISMO

TENIS DE MESA

As xogadoras do Oroso TM Celme, coa fase de ascenso a tiro

Encontro entre o Oroso TM Celme e o School Zaragoza en Sigüeiro (4-2)

As xogadoras do equipo Oroso TM Celme, na División de Honra Feminina, manteñen vivas as súas aspiracións de clasificarse para a fase de ascenso despois dos resultados das últimas semanas, mellorando con creces ata os máis optimistas pronósticos existentes a principios da tempada. As claves desta boa traxectoria están no triunfo ante os dous equi-

para el o seu primeiro acto no cargo. Villamisar destacou a importancia de formar os máis novos no fútbol e explicou que “os monitores son unha extensión dos pais e todo o que lles poidan ensinar vai ser vital na súa formación como persoas”.

pos mellor posicionados na clasificación. Unha ante o Arteal Santiago e outra fronte o School Zaragoza. Non tan favorable é a situación do Oroso TM Deporte Galego, en Superdivisión Masculina. Perdeu contra o UCAM Cartagena e o CajaSur Priego. É décimo, a un posto do descenso e con dous puntos de colchón.

O Concello e Tambre Bike organizan o I Gran Premio de Oroso para este sábado 28 de febreiro O Concello de Oroso e o club ciclista Tambre Bike organizan o I Gran Premio de Oroso de ciclismo en ruta. É unha competición federada que terá lugar o sábado 28 de febreiro, desde as 16 horas. Dirixida unicamente a ciclistas federados máster (30, 40 e 50/60), a proba terá un percorrido de 64 quilómetros con saída e chegada en Sigüeiro. As inscricións efectuaranse o propio día da proba, a partir das 15 horas, no Centro Cultural de Oroso. Hai que presentar a licenza Máster para recibir o dorsal. As licenzas federativas devolveranse co co reintegro do dorsal á organización. O percorrido da proba transcorre integramente por Oroso, con doce voltas a un circuíto de algo máis de 5 kms sobre asfalto, con saída e chegada na rúa da Cultura (Sigüeiro). Os ciclistas pasarán pola avenida da Grabanxa, Penateixa, A Gándara, Oroso de Abaixo, Oroso Pequeno, O Franco, avenida Álvaro Cunqueiro e Rúa Camiño Inglés. Máis información no facebook de Tambre Bike.


crónicas - Febreiro 2015

23

OPiNiÓN

Os paxariños da Alameda Teme certa gaivota que nas próximas semanas lle removan o niño ata o punto de que en maio non estaría na árbore. Remexeuse toda e advertiu por onde puido que eso a ela non se lle fai. E de que lle serviu? Pois para darse conta de que case ninguén a escoita, de que importa máis ben pouco, e de que quen máis e quen menos ten bastante con atender ao seu e mirar de salvar as plumas. Por eso agora aposta por amosar a súa cara educada, a ver se lle perdoan a vida. Na outra banda, ou ben preparan demanda contra a botica que lles vendeu os calmantes, porque non funcionaron, ou ben lle presentan a reclamación ao médico, porque non acertou coa dose. O que está claro é que perden os nervios non cada dous por tres, senón cada tres por dous... E non se pode dar tal imaxe. Non, non pode ser, porque se non

Sección de chíos, murmuracións e faladorías pilladas polo aire, unhas máis certas que outras

se calman teñen visos de protagonizar algún numeriño máis. E non convén para nada. Varios gaivotos fóronse pousar nunha roseira que cren amiga para, aparentemente, consultar a súa situación, pero en realidade querían ver se podían obter certos datos sobre si mesmos que os seus lles negan. Non contaban con que a roseira lles cravase as espiñas suavemente pero en profundidade. As feridas lévanas por dentro, pero como non foi un achegamento doloroso seguen tan contentos... Onde está o caixón das enquisas? Quen as garda? Tanto asustaron para non difundilas? A rula vai aínda de niño en niño insistindo en que puideron aforrar uns bos cartos preguntándolle a ela, que especula pero acerta bastante.

Tan angustiadas están as aves de diversas especies como para arriscarse a manchar as plumas de sangue? Por que mandan tan miserables recados ao carballo que medrou nos salgueiros pequenos? Tan fina teñen a pel? Tamén o morcego? E os do outro lado do río, tanto lles proe a picadura dun mosquito como para sacar os canóns de guerra? Teñen medo que unha pequena ferida desvele o podres que poden estar as súas ás? E a pregunta definitiva: hai quen os pare?

especie. Pero en cambio outras que se reproducen en similares condicións si van prosperando, de maneira que van ter que ir buscando outras explicacións.

As pitas de monte xa deron por perdida a posibilidade de construír niño en varios predios. Non se dan as circunstancias necesarias porque o ceo xa non é tan azul (celeste!) como antes e en determinados lares observan moito verde comprometedor como para facer un sitio. A versión oficial, xa se sabe, é o fenómeno demográfico adverso para a

Pese a que só necesita sumar de un en un, o azor mercou unha calculadora para o seu grupo. Cienfífica, como se fosen facer o COU! A garza sabe que é por disimular e que teñen todo calculado de anteman. Agardarán a maio, o mes que o marca todo, para deixar os números escritos ben clariños sobre a lápida, que xa está encargada e pagada.

De todas maneiras, nalgún monte aínda deberían explorar un pouco máis. Aínda que non o pareza, teñen terra fértil para facer medrar a familia e sorprenderse. Pero xa se sabe que a persistencia non está na natureza das pitas de monte.

CONMEMORACIÓN DÍA Venres DA MULLER 2015 6 de marzo

Conta contos: a tropa de trapo ENTRADA DE BALDE Proxección de curtametraxes A CARGO DE CORTOESPAÑA

ENTREGA de PREMIOS concurso FOTOGRAFÍA


Crónicas

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L. Peche de edición: 21-02-2015. Depósito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Teléfono: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com

OROSO Cédelle unha copia do seu legado fotográfico ao Arquivo Histórico de Imaxes municipal

Victorino Verea Montero, o fotógrafo de Oroso que nunca lles cobraba aos pobres Estímase que hoxe en día cada dous minutos fanse tantas fotos no mundo como se fixeron en todo o século XIX. A popularización das cámaras, a súa incorporación aos móbiles, a moda das autofotos... converteron en rutinario e case banal o que noutros tempos era un acontecemento. En tempos como os de Victorino Verea Montero, fotógrafo de Oroso que agora cédelle unha copia do seu legado ao Arquivo Histórico de Imaxes municipal, que xa prepara para o vindeiro outono un catálogo e unha exposición. Será unha mostra de instantes convertidos sobre o papel en testemuños de toda unha época. O primeiro contacto de Verea cunha cámara foi en 1951, cando contaba 24 anos. Era unha Kodak de caixón, con negativos de 6x6 cm. Tróuxolla desde Estados Unidos ata Cas, a aldea de San Mamede dos Ánxeles onde naceu e onde vive, un irmán seu que estaba embarcado. Foi o inicio da súa afección pola fotografía, que desenvolvería nas seguintes décadas. Tal como explica Manuel Pazos, responsable do Arquivo Histórico de Imaxes de Oroso e encargado de elaborar a escolma de fotografías para o catálogo, naqueles tempos unha cámara era unha rareza, pero si comezaba a ser unha necesidade para os veciños contar con fotos para tramitar carnés de familia numerosa ou carnés escolares, para mandarlles a familiares emigrados ou mesmo imaxes de enfermos encamados para solicitar unha pensión. As fotos tamén se asocian á alegría, á festa, aos acontecementos vitais importantes dos que sempre gustaba ter un recordo. Eran anos grises, pero quen máis e quen menos trataba de permitirse o encargo de fotos dos casamentos, bautizos, comuñóns ou as chamadas funcións do día da festa, esas que hoxe a miúdo permanecen case esquecidas en recónditos caixóns. Victorino Verea desprazábase polas parroquias da contorna para atender todos os encargos. Desde 1958 utilizaba xa unha cámara Zeiss Ikon, clásica, fiable e prestixiosa, coa que logrou facerse. As fotos tiñan pouco de instantáneas por entón, xa que para revelar acudía ao laboratorio Bescansa de Santiago, que á súa vez remitía os negativos a Madrid co propósito de obter unha calidade de revelado maior. E así ata que podía contar con elas en papel e dar por cumprido o traballo.

Mais Verea nunca foi un profesional da fotografía no sentido estricto. El vivía en realidade do seu traballo no campo, segundo explica Pazos, e tiña prezos moi baixos: “aos pobres nunca lles cobrei nada”, afirma o fotógrafo, que a base de ler e de experi- Victorino Verea con Manuel Mirás, alcalde de Oroso, na entrega dos negativos mentar pola súa conta foi coñecendo os segredos do oficio. momento se tomaron de xeito sinxelo En toda a súa traxectoria, Verea e un tanto precario e que agora se poMontero utilizou tres cámaras, que den considerar arte. aínda a día de hoxe conserva en per“Cando fixo estas fotos que agora fecto estado, cando xa case ninguén tentamos recuperar, Victorino Vefala de negativos e de revelado e o rea non era consciente de que esque impera na xerga son os mega- taba producindo un documento hispíxels e os retoques dixitais. tórico que ía ter gran valor no futuro”, Non houbo tanta fortuna coa explica Manuel Pazos, que tamén conservación das fotos. Da primeira adiante que “aínda que a maior parte época, de imaxes en branco e negro, das fotos en cor son a partir de 1974 non queda ningún negativo. Fóronse terán máis valor documental a meperdendo en mudanzas e tamén pola dida que vaian pasando as décadas, pouca importancia que se lles daba os séculos… e serán fiel testemuña nese momento. Unicamente con- dun tempo que non voltará”, asegura. serva unhas cincuenta fotografías, que conforman unha das partes da Verea non conserva negativos da súa doazón ao arquivo municipal e que etapa en branco e negro, pero si unhas serán copiadas dixitalmente. cincuenta fotos que pasan a formar parA outra parte do legado son medio te do arquivo municipal de Oroso. milleiro de negativos de fotos en cor, datados a partir do ano 1973. Será tamén o Concello o que se encargue de positivalos e de gardalos en soporte dixital para a exposición e o catálogo do vindeiro outono e para que uns documentos tan valiosos non se perdan. Así pois, o traballo de preservación está xa en marcha. Será, en palabras de Manuel Pazos, o recoñecemento ao primeiro fotógrafo que en Oroso fixo fotografía itinerante por varias parroquias. E terá o valor de documentar e arquivar unha obra de interese antropolóxico, sociolóxico e histórico, tanto no ámbito local como galego. En definitiva, é un proxecto que contribúe a formar a memoria visual da zona a partir de imaxes que no seu As cincocentas imaxes en cor doadas por Verea están datadas a partir de 1973


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.