Crónicas
Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 18 - Xuño de 2015
Nueva gerencia
REAPERTURA 1 DE JULIO
680 509 760
Unicamente Ordes poderá cambiar de alcalde tras o 24-M As urnas falaron o 24 de maio e o electorado da comarca optou por manter os alcaldes que xa tiña con
maiorías absolutas en todos os Concellos. Todos menos Ordes, onde o PP superou a UxO por escasa marxe e José
Luis Martínez Sanjurjo poderá relevar a Manuel Regos. Non obstante, os recursos presentados por UxO adia-
Lugar de Orro, 100 CULLEREDO
ron a toma de posesión ata o 3 de xullo. Tamén en Tordoia, pero neste caso por un erro Páxs. 2 a 6 de reconto.
Tic, tac, tic, tac, tic, tac...
ECONOMíA
Gefico pon a súa mirada en Asia e Europa Central Páx. 13
ENTREVISTA
Os creadores de ‘Gafas e Pallaso’, rodada en Oroso
Ordes agarda a resolución xudicial que confirme a victoria do PP nas eleccións municipais
Páx. 24
ORDES
Páx. 2
Dous grupos do IES Maruxa Mallo presentan libros Páx. 15
DEPORTES
Abel Barros e Susana Rial triunfan na cross ordense Páx. 21
TRAZO
O Tribunal Supremo confirma a absolución de José Dafonte
CERCEDA
ORDES
Páx. 9
Desartellado un importante punto de venda de drogas
Abren ao público o Xardín Botánico tras ser remodelado
Páx. 10
Temporada 2015
Páx. 8
Crónicas - Xuño 2015
2
ACTUALIDADE - O novo mapa político da comarca, tras o 24-m SUCESOS
ORDES O máis probable é que Martínez Sanjurjo (PP) sexa o novo alcalde
Un home falece en Céltigos (Frades) tras caer por accidente ao pozo de zurro
Os intentos de UxO por reter o poder demoran a toma de posesión en Ordes
Un home faleceu en Campoduro (Céltigos, Frades) ao caer ao pozo de zurro da súa explotación na noite do 14 ao 15 de xuño, a eso das once da noite. A caída foi accidental, segundo trascendeu cando buscaba algo pola zona. No momento da desgracia, a vítima estaba acompañada polo seu fillo, que non puido facer nada por salvarlle a vida. Foron os Bombeiros de Ordes os que se encargaron do rescate do corpo esa mesma noite. Os servizos sanitarios de urxencia que se desprazaron ata o lugar non puideron máis que confirmar o falecemento do home, de 67 anos de idade. O servizo de emerxencias 112 Galicia requeriu tamén a presenza de dous axentes da Garda Civil no lugar do suceso. O pozo carecía de tapa, algo habitual nestas construcións para evitar a perigosa acumulación de gases, e tiña escasas medidas de protección, o que convertiu en mortal o esvaramento do home.
Os resultados das eleccións municipais en Ordes deixaron tan igualados o PP e UxO, con lixeira vantaxe e un concelleiro máis para o primeiro, que a formación de Manuel Regos, alcalde en funcións, decidiu intentar reter o poder por todas as vías xurídicas posibles. Os procesos abertos demoran a constitución da corporación ata o 3 de xullo. Aínda que a última palabra tena o Tribunal Constitucional, o máis probable é que haxa relevo na alcaldía e o bastón de mando pase a José Luis Martínez Sanjurjo (PP), xa que os recursos de UxO, ante a Xunta Electoral de zona e despois ante a Xunta Electoral Central, non prosperaron. A formación independente reclamaba dar por válidos unha serie de votos da súa candidatura, que se consideraron nulos por presentar roturas e diversas alteracións. Se fosen validados permitiríanlle a UxO facerse coa acta de concelleiro que incrementou o PP e abrir a posibilidade de seguir no goberno.
Imputado por un incendio forestal en Marzoa, debido a unha neglixencia nunha tala A Policía Autonómica imputou o presunto autor dun delito de incendio forestal na parroquia de Marzoa (Oroso). O lume afectoulle a unha superficie arborada de 16.000 metros cadrados e a 21.000 metros cadrados de superficie rasa. Segundo as forzas de seguridade, a orixe do lume foi a realización dunha tala forestal na que non se respectaron as medidas de seguridade necesarias. Unha árbore impactou no tendido eléctrico, o que fixo aparecer o lume. Parte dos usuarios da zona estiveron horas sen luz. No que vai de ano, foron detidas ou imputadas vinte persoas en toda Galicia por delitos de incendios forestais.
ARTELLAR UNHA MAIORÍA Mais a vía xurídica non foi o único intento do grupo de Regos por adaptarse ao novo mapa político. Os independentes trataron de construír unha nova maioría na corporación buscando o apoio do BNG, que o 24-M foi o único en apuntarse un incremento, notable, en número e porcentaxe de votos, pasando de dous a tres concelleiros. Suficiente para seren moi decisivos. Os nacionalistas obviaron as invitacións a un suposto goberno de progreso. Baixo a premisa de que UxO é unha marca branca do PP, e de feito naceu dunha escisión da dereita, a asemblea local do BNG ten decidido absterse na investidura de alcalde. A decisión implica que a alcaldía recaia no PP. Como lista máis votada, bastaríanlle os seus sete concelleiros, incluso na hipótese de que a representación do PSOE apoiase a UxO. Non obstante, o movemento que máis chamou a atención foi o intento de Regos de entrar no PSOE coa parte do seu grupo que lle aceptaría levar o emblema do puño e a rosa. A intención sería forzar o apoio do BNG, debido ao acordo desta formación e o
Crónicas
Corporación electa
Ordes é un dos catro Concellos que non se constituíu o 13 de xuño
José Luis Martínez (PP) Ana María Soneira (PP) Beatriz Martínez (PP) Luis Caamaño (PP) José Manuel Mira (PP) José Manuel Rodríguez (PP) Susana García (PP) Manuel Regos (UxO) Silvia Marín (UxO) Ramón Vázquez (UxO) Roberto González (UxO) Lucía Iglesias (UxO) José Luis Gómez (UxO) Ramiro Recouso (BNG) Pablo Vidal (BNG) Paula Castenda (BNG) Jesús Pedreira (PSOE) Renuncia
ORDES. RESULTADOS 2015 (2011) - Provisional, web de Interior Candidatura PP UxO BNG PSdeG-PSOE CIDEGA
Votos 2.492 (2.956) 2.490 (3.098) 1.404 (955) 661 (757) - (529)
PSOE para facilitar gobernos de coalición onde sexa posible. Pero a operación fracasou, cando a dirección do PSdeG constatou que a entrada dos independentes no partido non variaría o sentido do voto do Bloque. Así o desvelou a secretaria de Organización dos socialistas galegos, Pilar Cancela, que tería tratado o asunto co seu homólogo no BNG, Bieito Lobeira. Cancela negou que algún integrante da agrupación socialista ordense xestionara a entrada de Regos, e afirmou que foi el e outros integrantes de UxO os que acudiron directamente á sede do PSdeG. Fose como fose, os socialistas quedan nunha situación moi delicada. Os electores non respaldaron a súa oposición con continuas concesións a UxO e perderon aínda máis votos. Jesús Pedreira asumiu persoalmente o mal resultado e xa anunciou que non tomará posesión, pasando a acta a Verónica Gómez. Antes de fin
Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.
% 34,79 (35) 34,77 (36,7) 19,6 (11,3) 9,2 (9) - (6,3)
Concelleiros 7 (6) 6 (7) 3 (2) 1 (1) - (1)
de ano renovarase a secretaría xeral. Pedreira marcha acusando o BNG de propiciar que o PP teña maioría absoluta “nun par de meses”, dando a entender un futuro apoio de membros de UxO ao equipo do PP. MAL PERDER Mentres tanto, o PP, que neste mandato recuperará para Ordes unha praza de deputado provincial compartida con Melide, cre que UxO tivo un “mal perder” e só busca “obstruír deliberadamente” a constitución da nova corporación local para “gañar tempo para seguir contratando obras e retirar documentación”. Por iso, Martínez Sanjurjo insta a Regos a limitarse a exercer as obrigas de alcalde en funcións e a “absterse de destruír calquera documento ou informes relacionados coa xestión municipal”. Do contrario, advirte o PP, “pode incorrer en graves irresponsabilidades.
Se quere recibir Crónicas de balde no seu correo electrónico, pídao en cronicas.comarcadeordes@gmail.com
Crónicas - Xuño 2015
3
O novo mapa político da comarca, tras o 24-m - ACTUALIDADE CERCEDA. Corporación electa José G. Liñares (PSOE) Antonio Lozano (PSOE) María Viqueira (PSOE) Jesús Rama (PSOE) Begoña Rodríguez (PSOE) Fco. Javier Boquete (PSOE) Cristina Capelán (PSOE) Francisco Santos (PP) Juan José Boquete (PP) Pilar Amor (PP) Gloria Bocija (PP) Rocío da Igrexa (BNG) Alberto Sánchez (BNG) Se hai catro anos o PSOE de Cerceda salvara a súa tradicional maioría absoluta por unha marxe moi escasa de votos, no 24-M recuperou terreo e tivo algo máis de tranquilidade. A candidatura de José García Liñares, alcalde desde hai vinte anos, volve estar por riba do listón do 50 % dos votos, avanzando máis de cinco puntos. Mantén os sete concelleiros, cun resultado máis desafogado pero aínda lonxe do seu teito electoral. Incluso medra lixeiramente en número de papeletas, pese á considerable redución do censo. O PP retrocedeu, pero non sufriu un descalabro. En 2011 dera a sorpresa posicionándose con cinco concelleiros, cunha candidatura ar-
CERCEDA Sete concelleiros socialistas, fronte a catro do PP e dous do BNG
O PSOE reafirma a súa maioría absoluta e o Bloque suma un edil a costa do PP tellada no último momento para reemprazar outra que incluso xa fora presentada. Pero nesta ocasión ten que conformarse con catro asentos, cunha baixada que non chega aos catro puntos para quedar nun 32 %. Á parte de posibles erros propios, o equipo de Francisco Santos non puido esquivar o lastre que supón a mala imaxe xeral do PP na actualidade, derivada da súa xestión nos gobernos central e autonómico, moi distinta á onda ascendente de hai catro anos. O BNG, pola súa parte, mantén a fidelidade dos seus votantes e avanza escasamente un punto. Non obstante, é suficiente para facerse cunha segunda acta de concelleiro, gañando presenza nun pleno no que chegara a ter tres representantes entre 2007 e 2011. O nivel de participación en Cerceda foi moi semellante ao das anteriores eleccións, cun 83 % dos votantes acudindo ás urnas. Cae pouco máis dun punto, segundo os datos recollidos polo Ministerio do Interior.
Integrantes da nova corporación de Cerceda, na escaleira interior do consistorio
CERCEDA. RESULTADOS 2015 (2011) Candidatura PSdeG-PSOE PP BNG TG
Votos 1.923 (1.886) 1.173 (1.434) 511 (526) - (108)
% 52,8 (47,2) 32,2 (35,9) 14 (13,2) - (2,7)
Concelleiros 7 (7) 4 (5) 2 (1) - (0)
Crónicas - Xuño 2015
4
ACTUALIDADE - O novo mapa político da comarca, tras o 24-m TRAZO. Corporación electa
José Dafonte (PP) M. Antonio Castiñeiras (PP) José Liste (PP) Josefina Suárez (PP) Rosa Mª Landeira (PP) Antonio Eugenio Lamas (PP) Manuel Pereiro (PP) Beatriz Domínguez (PSOE) Jorge Noya (PSOE) José Ángel Boquete (PSOE) Martín Rei (BNG) En Trazo, a principal novidade que deixan as municipais é o retorno do BNG á corporación, cun concelleiro. O PP conserva os oito que tiña, practicamente sen resentirse das controversias dos últimos anos e da mala imaxe proxectada polos gobernos central e autonómico, e o principal retroceso protagonízano os socialistas, cunha baixada de máis de cinco puntos e a perda dun escano en beneficio dos nacionalistas. O PP, co alcalde José Dafonte á cabeza, baixou un punto, ata quedar en case o 66% dos votantes. En termos absolutos, a maior abstención e a redución do censo sitúan o retroceso en case 300 papeletas. Sen embargo, o rexedor sae airoso dunhas eleccións que en certa medida formulara como un referendo persoal, despois
TRAZO A dereita perde un punto e os socialistas caen máis de cinco
O PP de Dafonte resiste e o BNG réstalle un concelleiro ao PSOE de que a xustiza xa o declarase inocente no caso das obras nun campo de fútbol pagadas antes de feitas, denunciado polo PSOE. Este último grupo, que volvía presentar como candidata á alcaldía a Beatriz Domínguez, quedou cun 23% dos sufraxios, perdendo 227 votos. Precisaría 34 máis dos que tivo para conseguir o terceiro edil. Ademais da abstención, a opción socialista viuse afectada pola resurrección do BNG. O proxecto liderado por Martín Rei, cun grupo de persoas que destaca pola xuventude, comeza con case o 10% dos votos. Proporcionalmente case triplican os apoios das anteriores eleccións locais, moi baixos en 2011. A súa chegada aos plenos contribuirá a enriquecer os debates, con dúas voces discrepantes do goberno en vez de unha. A participación quedou no municipio algo por riba do 74%, cando hai catro anos superara o 82%, segundo Interior. O novo pleno está integrado por oito homes e soamente tres mulleres.
Grupo do PP de Trazo, que sustenta o goberno municipal de José Dafonte (5º esq.)
TRAZO. RESULTADOS 2015 (2011) Candidatura PP PSdeG-PSOE BNG
Votos 1.427 (1.713) 502 (729) 215 (91)
FRADES Os nacionalistas quedaron a 26 votos do cuarto concelleiro
PP e BNG captan o oco do PSOE a partes iguais, pero a acta cae á dereita
O novo pleno de Frades, presidido por Roberto Rey (5º esq.) como alcalde
FRADES. RESULTADOS 2015 (2011) Candidatura PP BNG PSdeG-PSOE
Votos 1.176 (1.212) 563 (500) - (264)
% 66,5 (60,2) 31,8 (24,8) - (13,1)
Concelleiros 8 (7) 3 (3) - (1)
Tanto para o PP como para o BNG, as eleccións en Frades pasaban cando menos por manter o seu espectro e facerse na medida do posible co oco deixado polo PSOE, que non concorreu. A porción socialista, do 13% dos votos en 2011, repartiuse a medias entre uns e outros, con 6,3 puntos de avance para o PP e 6 puntos máis para o BNG. Así as cousas, a acta de concelleiro que pertenceu aos socialistas nos últimos catro anos caeu en mans da dereita, reforzando a maioría absoluta do alcalde, Roberto Rey, con oito concelleiros dos once da corporación. O Bloque, liderado por Xosé María Pérez Lagos, mantivo os seus tres asentos e quedou cerca do cuarto, a 26 votos. Co seu ascenso, facilitado en boa medida pola ausencia da candidatura socialista, Rey detén o paulatino desgaste que nas sucesivas convocatorias municipais comezara a experimentar o anterior alcalde, Miguel Prado Patiño, que por primeira vez en lustros non estará no pleno. Unha
% 65,8 (66,9) 23,2 (28,4) 9,9 (3,5)
Concelleiros 8 (8) 2 (3) 1 (0)
FRADES. Corporación electa
Roberto Rey (PP) Ángeles Álvarez (PP) Miguel Prado Cea (PP) Jesús Francos (PP) Ramón Garabato (PP) Óscar Botana (PP) Manuel Ferreiro (PP) Juan Carlos Portos (PP) Xosé María Pérez (BNG) Nelly Iglesias (BNG) Lorena Suárez (BNG) das novidades na corporación é o seu fillo, Miguel Prado Cea. Pola súa parte, o proxecto nacionalista vese consolidado pero á vez semella tocar teito. O reto do grupo encabezado por Pérez Lagos para os vindeiros catro anos é intensificar e rendibilizar unha oposición na que na práctica o Bloque xa tivo o protagonismo durante o pasado mandato, criticando a falta de transparencia e o incumprimento de proxectos como o centro de día. A participación, por certo, caeu máis de cinco puntos este ano, probablemente por un escenario político menos tenso a nivel local e pola falta dunha terceira opción. A corporación terá minoría de mulleres, con só tres, dúas delas no grupo do Bloque.
Crónicas - Xuño 2015
5
O nOvO mapa pOlíticO da cOmarca, tras O 24-m - ACTUALIDADE MESÍA CxG precisaría tres papeletas máis para entrar na corporación
MESÍA. Corporación electa
O novo récord do PSOE deixa o PP como única e débil oposición en Mesía
Sesión de constitución do novo pleno de Mesía, con Mariano Iglesias como alcalde
MESÍA. RESULTADOS 2015 (2011) Candidatura PSdeG-PSOE PP CxG BNG
Votos 1.375 (1.481) 328 (355) 150 (-) 78 (345)
% 70,6 (67,2) 16,8 (16,1) 7,7 (-) 4 (15,6)
Concelleiros 9 (8) 2 (2) 0 (-) 0 (1)
O PSOE de Mesía acadou un novo récord de apoio electoral o 24 de maio, situando o alcalde, Mariano Iglesias, entre os máis votados de Galicia, con case o 71 % dos sufraxios. Neste novo mandato, suman un concelleiro máis no pleno, chegando a nove dun total de once. Con tan contundente victoria, a oposición vese reducida a dous representantes do PP, os mesmos que xa tiña. A candidatura liderada por Adolfo Grobas mantén uns resultados moi semellantes aos obtidos pola dereita en 2011 e queda por debaixo do 17 %. O concelleiro que gañan os socialistas pérdeo o ámbito nacionalista, escindido na localidade. Quen máis cerca estivo de obter a acta de edil foi CxG. Exactamente precisaría tres votos máis para situar a Manoel Vello na corporación. A intensa campaña despregada non lles reportou os resultados que agardaban. E o BNG, que propoñía a Andrés Manteiga para a alcaldía, quedou aínda máis lonxe, con só o 4 % dos votantes. A
Mariano Iglesias (PSOE) Pilar Sánchez (PSOE) Gervasio Sánchez (PSOE) José Pardo (PSOE) José Antonio Calviño (PSOE) J. Fernando García (PSOE) Mª Amparo García (PSOE) José María Tojo (PSOE) José Piñeiro (PSOE) Adolfo M. Grobas (PP) J. Manuel García (PP) suma dos apoios recibidos por CxG e BNG si daría para un concelleiro, pero é catro puntos inferior ao resultado que obtivera o Bloque en 2011. O BNG admitiu que precisa mellorar os resultados e na propia noite electoral anunciou que “loitaremos pola unidade do nacionalismo desde mañá mesmo” na procura dunha alternativa ao PSOE de Iglesias, ao que felicitou e considerou “os grandes e indiscutibles gañadores”, desexándolle acerto. CxG destacou que nas eleccións non houbo “ningunha anomalía democrática” e considera os votos recibidos “o mellor alento para seguir construíndo e traballando”. A corporación elixida presenta un forte desequilibrio de xénero, con nada máis que dúas concelleiras, as dúas do grupo maioritario.
Ofertas de las mejores marcas
67€
gafas mó progresivas alta gama
197€
Todas las graduaciones Adaptación garantizada Cristales antirreflejantes
PVP recomendado. Gafas graduados (montura + lentes) por 197 €. Válido en el establecimiento que lo publicite hasta el 31/12/2015 para una selección de monturas mó señaladas en el establecimiento con lentes graduadas progresivas orgánicas antirreflejantes beslayt multigold 1.5 AR (límite de graduación sujeto al cuadro de fabricación del proveedor. Consúltalo en tu establecimiento. No acumulable a otras ofertas o promociones
gafas mó con cristales antirreflejantes
PVP recomendado. Gafas graduados (montura + lentes) por 67 €. Válido en el establecimiento que lo publicite hasta el 31/12/2015 para una selección de monturas mó señaladas en el establecimiento con lentes graduadas monofocales orgánicas antirreflejantes beslayt 1.5 AR; cilindro +2, esfera +2 a -4. No acumulable a otras ofertas o promociones
Verónica Dono Revisión de la vista Asesoramiento estético Adaptación de lentes de contacto Especialistas en progresivos Toma de tensión ocular
De lunes a viernes de 10:00 a 13:30 y de 16:30 a 20:30. Sábados de 10:00 a 14:00
Rúa Recreo nº 9 ORDES - Telf: 981 685 045
Crónicas - Xuño 2015
6
ACTUALIDADE - O novo mapa político da comarca, tras o 24-m OROSO. Corporación electa Manuel Mirás (PSOE) Vanesa Boo (PSOE) Antonio Leira (PSOE) Beatriz Rodeiro (PSOE) Luis Rey (PSOE) Mª del Carmen Liste (PSOE) Eduardo Veiras (PSOE) Alexander Doval (PP) Josefina Iglesias (PP) Silvia Suárez (PP) Pablo Parga (PP) M. Siverio Mirás (SON-Anova) Xosé Manuel Pérez (BNG) O reparto de forzas non se viu alterado nin un ápice en Oroso o pasado 24 de maio. O PSdeG seguirá tendo maioría absoluta con sete concelleiros, o PP mantén a condición de primeiro grupo da oposición con catro asentos, e tanto Siverio Mirás (agora SON-Anova) como Xosé Manuel Pérez (BNG) conservan as súas actas. Hai que entrar ao detalle do reconto para ver as variacións. A principal e máis perceptible é que a maioría absoluta de Manuel Mirás é agora máis sólida. Se en 2011 quedara no 47 % dos votos, agora está por riba da metade dos electores (51,3 %), dentro do proceso de lento crecemento que caracteriza o PSOE no municipio. O PP, que estreaba a Alexánder Doval como candidato á alcaldía, experimenta un avance mínimo. Son once papeletas máis que hai catro anos, o que en termos relativos se traduce en poucas décimas de incremento. Doval vive así un inicio agridoce, xa que retén o electorado do partido no municipio en medio dun
OROSO Os socialistas reforzan a absoluta con retrocesos de Anova e BNG
Mirás e Doval gañan apoios nunha corporación que se mantén igual contexto xeral moi adverso para as súas siglas, sobre todo en ámbitos con certo peso urbano, como demostra que o PP perdese as alcaldías da Coruña, Ferrol e Santiago. A suba de catro puntos dos socialistas débese pois ás perdas da candidatura de Siverio, cuns tres puntos menos en Anova que no PGD, e do BNG, que se deixou punto e medio. Seguen con asento no pleno, pero a maioría absoluta impídelles ser decisivos para condicionar o goberno. A abstención é das máis altas da comarca, medrando ata case o 28 %. A nova corporación, rexuvenecida sobre todo polo PP, queda a piques de ser paritaria, con cinco concelleiras nas trece cadeiras. REPARTO DO GOBERNO O alcalde, Manuel Mirás, xa estableceu o reparto de áreas no goberno, no que el mantén Economía, Facenda, Urbanismo e Ordenación do Territorio. O principal cambio é a chegada de Vanesa Boo como primeira tenente de alcalde, desprazando do posto a Antonio Leira. Boo asume as áreas de Réxime Interior, Persoal, Turismo, Atención aos Maiores, Comunicación, Protocolo e Coordinación. Beatriz Rodeiro faise con Ensino, Benestar Social e Atención ao Menor. Antonio Leira, que será deputado provincial neste mandato, mantén
Os concelleiros de Oroso para o mandato 2015-2019, no salón de plenos
OROSO. RESULTADOS 2015 (2011) Candidatura PSdeG-PSOE PP SON-ANOVA BNG
Votos 2.109 (1.939) 1.192 (1.181) 436 (536-PGD) 298 (367)
unha tenencia de alcaldía e os departamentos de Seguridade Cidadá, Protección Civil, Voluntariado, Parques e Xardíns, Parque Móbil, Limpeza Viaria, Mobiliario Urbano e Comercio. Luis Rey engade a Deportes as competencias en Cultura, Xuventude, Escolas Infantís e a Aula de Mú-
TORDOIA O pleno constitúese o 3 de xullo e Pereiro seguirá como alcalde
A corporación podería non reflectir o resultado real por un erro nunha mesa A corporación de Tordoia é unha das catro de Galicia que quedou sen constituír o 13 de xuño. Está pendente de que a xustiza resolva un erro nunha mesa electoral de Bardaos. Alí, un cento de votos do PSOE anotáronselle ao BNG, de maneira que os nacionalistas lograron un concelleiro, o único, que atendendo aos resultados reais non lles corres-
ponde. A variación non lle afectou ao PP, con oito edís e por tanto coa alcaldía asegurada catro anos máis para Antonio Pereiro, independentemente de como quede representada a oposición. Ninguén advertiu o erro na propia xornada dos comicios, e incluso o reconto que publica o Ministerio recolle ben os datos e deixa o BNG
TORDOIA. RESULTADOS 2015 (2011) Datos de Interior a 2 de xuño Candidatura PP PSdeG-PSOE BNG
Votos 1.696 (1.959) 597 (798) 152 (228)
% 67,9 (64,9) 23,9 (26,4) 6,1 (7,5)
Concelleiros 8 (8) 3 (3) 0 (0)
fóra da corporación. Pero si se advertiu á hora de recoller as credenciais, de maneira que os socialistas acudiron á vía penal para denunciar manipulación de documento público. Fixérono conscientes de que se trata dun erro involuntario, pero tamén de que “non existe outra posibilidade para poder recuperar o que nos deron as urnas”, aseguran. Ao peche desta edición, os integrantes da mesa da controversia presentaran declaración xurada, e tamén representantes das tres forzas políticas. Están á espera de que o tribunal de xustiza decida se mantén a acta do BNG ou se permite que os socialistas recobren os tres representantes.
% 51,3 (47,2) 29 (28,8) 10,6 (13,5) 7,3 (8,9)
Concelleiros 7 (7) 4 (4) 1 (1) 1 (1)
sica. María Liste suma Parroquias a Muller e Sanidade. E Eduardo Veiras segue sendo o responsable de Obras e Servizos, ademais de facerse cargo de Medio Rural, Medio Ambiente e Relacións Veciñais. Queda por coñecer o réxime de retribucións do executivo.
TORDOIA. Concelleiros con acta (provisional) Antonio Pereiro (PP) María Costa (PP) José Manuel Cancela (PP) Inés Santos (PP) Amadeo Cancela (PP) Manuela González (PP) José Manuel Gómez (PP) Luis Vázquez (PP) Carlos García (PSOE) Tomás Castro (PSOE) Pilar García Pereiro (BNG) En xeral, o 24-M deixou resultados moi semellantes a 2011 en Tordoia en termos porcentuais, cun avance para a dereita que non lle chega para gañar máis concelleiros e un retroceso para os socialistas que, de non ser o erro de Bardaos, non faría perigar ningunha acta. O BNG retrocedeu máis e os resultados reais, aínda que poden acabar non sendo os oficiais, non lle permitirían retomar o asento que perdera en 2011.
Cr贸nicas - Xu帽o 2015
7
Crónicas - Xuño 2015
8
Actualidade Liberdade baixo fianza para o responsable da empresa que recibiu 390 quilos de cocaína O fradense detido en Ordes cando o pasado novembro recibía 390 quilos de cocaína oculta nunha carga de cargón na súa nave do polígono quedou en liberdade baixo fianza de 12.000 euros. Así o decidiu a xuíza de Orihuela (Alacante) que leva o caso. O empresario estaba na prisión de Fontcalent. O fiscal opoñíase á posta en liberdade, nin sequera con fianza. Mais a maxistrada cre que os 12.000 euros reducen o risco de que o imputado eluda a xustiza. Ademais, tivo en conta que carecía de antecedentes penais. Naquela operación, chamada Alibavaria, foran detidas oito persoas, entre elas Vicente Alves, de Boiro, vinculado ao clan dos Charlíns. A cocaína ía trasladarse por barco ata Valencia, pero un cambio de plans fixo que desembarcase en Xixón, e de aí un camión partise á marmorería ordense. A droga está valorada en 20 millóns de euros.
CERCEDA
Detido un veciño como presunto autor do roubo de maquinaria valorada en preto de 60.000 euros A Garda Civil de Ordes resolveu o caso dun roubo de maquinaria na zona de Monte Xalo correspondente ao municipio de Cerceda. No operativo foi imputado un veciño da localidade, de dezanove anos, como suposto autor do roubo do material, un tractor e unha desbrozadora valorados nuns 60.000 euros. O propietario das máquinas é un veciño de Vilasantar, que as deixou na zona de Monte Xalo cando realizaba alí uns traballos. A Garda Civil atopounos nun monte de Boqueixón, ata onde se tería desprazado o imputado durante a fin de semana para efectuar diversos traballos forestais, segundo se desprende das investigacións das forzas de seguridade e das indagacións do propio dono. Do caso encárgase o Xulgado de Instrución de Ordes, unha vez que a Garda Civil puxo os feitos dos que tiña constancia no seu coñecemento. A imputación concreta que recae sobre o veciño de Cerceda é a dun suposto delito de roubo con forza sobre as cousas.
ORDES A Operación Carboeiro intercepta 1.100 doses de cocaína e marihuana
Catro detidos no desmantelamento dun potente punto de venda de drogas De novo unha noticia relacionada co tráfico de drogas conmociona Ordes. Catro persoas foron detidas inicialmente no marco da Operación Carboeiro, efectuada pola Garda Civil de Ordes co apoio da Policía Xudicial da Coruña, na que se investiga un suposto delito de tráfico de drogas. O operativo permitiu desmantelar o que a propia Garda Civil considera o “punto de venda de droga máis importante da comarca de Ordes”. Ademais das detencións, foron intervidas máis de 1.100 doses de cocaína e de marihuana, básculas de precisión, dúas armas de aire comprimido, diñeiro en metálico e un turismo dotado cun doble fondo, que se cre que foi utilizado para transportar drogas. O principal investigado é un veciño de Ordes. A súa detención produciuse ás portas do colexio Campomaior, cando ía levar os seus fillos a comezar a xornada escolar. O Xulgado de Instrución Número 1 de Ordes decretou o seu ingreso en prisión. Os outros tres detidos foron
Droga e diversos obxectos intervidos no operativo (foto: Garda Civil)
postos en liberdade con cargos. As investigacións da Operación Carboeiro comezaron xa en agosto de 2014 e no momento das detencións continuaban abertas, sen descartar a implicación de máis persoas e por tanto a práctica dalgunha de-
ORDES
ORDES
O Consello Escolar Municipal estreouse contra a reválida A mediados de maio constituiuse o Consello Escolar Municipal de Ordes, unha entidade que viña sendo demandada desde hai tempo pero que se adiou, entre outras razóns, porque o proceso de posta en marcha precisaba a ratificación de cada un dos seus integrantes. O ente vaise reunir, salvo cambios, cunha periodicidade trimestral. O seu cometido é avaliar, analizar e buscar respostas ás necesidades dos centros educativos que funcionan no termo municipal de Ordes. Os sete directores dos centros académicos, sete docentes designados polos sindicatos, catro pais ou nais, tres alumnos ou alumnas e un representante da Xunta de Galicia pertencente ao corpo autonómico de inspectores educativos conforman o Consello Escolar Municipal. Como presidenta figura Silvia Marín, que durante o mandato municipal 2011-2015 foi tenente de alcalde e exerceu
tención adicional. Aos responsables das forzas de seguridade que interviron chamáronlles a atención as medidas de seguridade coas que contaba a vivenda do principal detido, con medidas específicas en cada ventá.
ademais como concelleira delegada de Educación en Ordes. Tal presidencia podería variar en función dos acordos que tome a nova corporación, unha vez que logre constituírse e decida quen representa o Concello neste tipo de organismos. A primeira xuntanza do Consello Escolar Municipal tivo un carácter extraordinario. Mais non se limitou a cuestións de trámite, senón que abordou un asunto de máxima actualidade no eido educativo, como son as probas da chamada reválida. O acordo foi solicitarlle á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria información sobre esas probas de avaliación individualizada do alumnado de terceiro curso de educación primaria. Por ampla maioría, aínda que non por unanimidade, o Consello aprobou unha manifestación pública contra a realización da proba a nivel autonómico, reivindicando a súa retirada.
Queixas polos cortes esporádicos na subministración eléctrica na parroquia de Parada As interrupcións esporádicas e reiteradas da subministración eléctrica na parroquia de Parada xa están postas en coñecemento da Consellería de Economía e Industria. Foron os socialistas de Ordes os que se encargaron de presentar unha queixa ante o departamento autonómico, co propósito de reivindicar unha solución aos problemas da liña eléctrica que lle dá servizo á zona. Segundo relata o PSOE, os veciños explican que o servizo córtase en caso de temporais ou chuvias intensas. Coa súa queixa, que tamén transformaron en iniciativa no Parlamento de Galicia, pretenden que Economía e Industria “obrigue a Fenosa a prestar unha boa subministración”. Este grupo político considera que a empresa non se fai cargo do problema a pesar de que “é consciente destes problemas e mesmo ten identificado a liña na que se producen pero non fai nada”, din no PSOE ordense, que cifra en 300 os veciños afectados.
Crónicas - Xuño 2015
9
ACTUALIDADE
G
Marcos Guerra Mengual Bernardo Guerra González
A CORUÑA c/ Asturias, 9 Lunes o Viernes - 11:00 a 13:30
ABOGADO - GRADUADO SOCIAL
CARBALLO c/ Fomento, 16 Entrs. Jueves - 11:00 a 13:30
G
ASESORÍA JURÍDICA
PREFERENTES
PENSIONES
SEPARACIONES
SEGURIDAD SOCIAL
CIVIL / HERENCIAS
Telf. 981 150 128
ORDES Rúa Compostela, 16 bajo Miércoles - 11:00 a 13:30
Fax 981 246 789
CERCEDA As instalacións, xa inauguradas, están abertas de 12 a 20 horas
OROSO
Cerceda aspira a converter o Xardín Botánico nun punto de encontro familiar
O Concello acomete un plan de bacheo en todas as parroquias
O Xardín Botánico de Cerceda está por fin aberto ao público. Xusto despois do pleno de toma de posesión da nova corporación municipal, celebrouse un acto de inauguración dun espazo que o alcalde, José García Liñares, agarda “que sexa un punto de reunión de moitas familias tanto de Cerceda como de fóra”. As instalacións, que levaban anos moi avanzadas pero pendentes de rematar, están nas inmediacións do Aquapark e forman parte da parcela duns 200.000 metros cadrados na que se ubican tamén o Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico, a Aula da Natureza e un viveiro. A principal novidade é unha lagoa artificial duns 1.500 metros cadrados de lámina de auga, segundo o Concello, na que xa viven varias especies de aves. A zona dotouse de varias pasarelas para percorrer a parte dos humidais e tamén dunha área de repouso, que se dotará de mobiliario. Do mesmo xeito, aseguran fontes municipais que irán incorporando novas especies de fauna e flora e sinalización explicativa sobre os distin-
Os traballos comezaron en Sigüeiro
Os integrantes do grupo de goberno de Cerceda, diante da nova lagoa artificial
tos exemplares. O lugar permanece aberto ao público entre as doce do mediodía e as oito da tarde. A obra do Xardín Botánico xerara certa controversia durante o debate dos orzamentos municipais deste ano, que reservaron máis de 300.000 euros para a construción dos estan-
ques. Tanto o PP como o BNG cuestionaron que fose unha obra prioritaria para a veciñanza e vírona impropia dunha época de crise. O alcalde asegurou que era necesaria para rematar o proxecto, segundo el parado varios anos polos incumprimentos financeiros da Xunta.
O Concello de Oroso acometeu nas últimas semanas un plan para tapar baches dos viais da súa titularidade nas distintas parroquias. Os traballos comezaron en Sigüeiro e sucedéronse por outros puntos do municipio durante as dúas primeiras semanas de xuño. Así mesmo, o Concello de Oroso investiu un total de 78.100 euros na primeira fase das obras de mellora da rede viaria en Arderís (Senra) e Castiñeiro Redondo (Calvente). Uns traballos realizados durante a primeira quincena de xuño sobre unha extensión aproximada de 1,2 quilómetros e incluidos no Programa de Mellora de Camiños de Titularidade Municipal da Deputación da Coruña
MENÚ: 11 EUROS Especialidades de la Casa y Cocina Regional Vilamaior
A 5 minutos de Ordes. Acceso exterior por Vilamaior AC-524 ORDES-LANZÁ Ordes
Ameixeira
1 kms 2 kms 2 kms ENTRADA AP-9
Vilamaior Olas-Mesía Visantoña AC-524 Abellá
Área de Servicio de AMEIXEIRA - ORDES Tel: 981 680 836 - restauranteameixeira@gmail.com
Abierto los 365 días del año Tienda con amplia variedad de regalos
10
Crónicas - Xuño 2015
Actualidade ORDES
TRAZO Dafonte empraza aos concelleiros do PSOE a desculparse e dimitir
O BNG cuestiona o seguimento das beirarrúas na Salgueira
O Tribunal Supremo confirma a absolución do alcalde de Trazo
Os nacionalistas critican obstáculos e defectos nas beirarrúas
O BNG de Ordes criticou a execución de beirarrúas que na Salgueira, na zona do Mesón do Vento. O grupo nacionalista apreza demasiada altura nos accesos a fincas e vivendas, zonas demasiado estreitas, obstáculos que inutilizan a beirarrúa ou sumidoiros que quedan tapados polos bordos. Pablo Vidal, concelleiro electo do Bloque, acusa ao alcalde en funcións, Manuel Regos, de non facer o seguimento adecuado das obras por mor do seu “estado de shock”, en alusión aos resultados electorais. Vidal insta ao rexedor a corrixir as deficiencias agora que están a tempo sen que supoña un custo adicional excesivo.
O Tribunal Supremo (TS) desestimou o recurso de casación que interpuxeran os concelleiros do PSOE de Trazo contra a sentenza da Audiencia Provincial da Coruña que absolveu ao alcalde de Trazo, José Dafonte, do suposto delito de falsidade documental que os socialistas lle achacaban en relación coas obras do campo de fútbol de Campo. O TS confirma así a inocencia do rexedor e ademais imponlle os gastos do proceso xudicial, que levaba varios anos aberto, aos representantes socialistas. Esta decisión xudicial serviulle ao alcalde para reclamar que os edís do PSOE pidan desculpas públicas pola súa actuación e que dimitan. Dafonte advirte de que “na contenda política non todo vale e non é admisible humanamente que por quen di actuar ao servizo dos veciños de Trazo se pidan penas de prisión”.
José Dafonte, alcalde de Trazo
Dafonte, que admite que “a miña familia e eu pasámolo mal” durante o contencioso xurídico, lembra que
se viu respaldado polo electorado o 24 de maio, incide en que aos cargos institucionais non se accede a través da xustiza e que en todo caso esta falou “definitivamente”. Na súa petición de “coherencia e seriedade” aos representantes do PSOE, que perdeu un edil nas municipais en beneficio do BNG, o alcalde emprázaos a “deixar paso a outras persoas que defendan as dignas ideas socialistas”. Se continúan os impulsores da denuncia contra el, encabezados por Beatriz Domínguez, Dafonte considera que estarían “manchando as siglas dun partido político que contribuíu, xunto con outros, a afianzar a nosa democracia”. Por iso, coida que deben pedirlle perdón aos propios veciños e reclama que “non volvan realizar acusacións infundadas que ao único que contribúen é a darme maior fortaleza política”, di.
Os socialistas non dimitirán e culpan a fiscalía da sentenza Os socialistas de Trazo anunciaron que os seus concelleiros non dimitirán e advírtenlle a Dafonte que “non admitimos leccións de ética de alguén que presume de non ter sido condenado cando o propio Tribunal recoñece que actuou de forma ilegal”. O PSOE insiste en que as sentencias xudiciais demostran que o alcalde “cometeu unha ilegalidade ma-
nifesta”. Se non houbo condena foi por “un erro da fiscalía” por acusar o alcalde unicamente de falsidade documental, cando a denuncia inicial do PSOE incluía tamén a malversación. Valoran os socialistas de Trazo que as sentenzas “apuntan que o alcalde podería ter cometido unha malversación de caudais públicos, pero para poder condenalo por este delito o fis-
cal tiña que ter cualificado os feitos desa maneira”. Ademais, o principal grupo da oposición tracense insiste en que as gradas do campo de fútbol “non se terían construído de non ser pola denuncia dos socialistas”, polo que volven emprazar o rexedor a explicar á veciñanza “por que pagou unha obra que non estaba feita e onde ían parar eses cartos”.
Crónicas - Xuño 2015
11
Economía LEITE Os sindicatos agrarios reclaman unha solución inmediata para os prezos
TÉXTIL
A Xunta acusa a un grupo de primeiros compradores de distorsionar o mercado
Viriato presenta un segundo ERE, semellante ao que non saíu adiante en marzo
A conselleira do Medio Rural, Rosa Quintana, considera que hai “un pequeno grupo” de primeiros compradores que “están distorsionando” o mercado leiteiro despois da desaparición das cotas. Así o asegurou despois dunha reunión con representantes de Unións Agrarias, o Sindicato Labrego Galego e Xóvenes Agricultores, aínda que a conselleira se foi antes de que rematase para acudir a outra xuntanza. Os sindicatos pediron que o goberno autonómico, se por fin é consciente da situación, tome medidas para que a eses axentes do mercado “non lles saia gratis comportarse como delincuentes”, en palabras do secretario xeral de XX.AA., Francisco Bello, que se amosou preocupado pola “incertidume” dos baixos prezos e os volumes de entrega. Os sindicatos revelaron situacións tan indignantes como as de gandeiros aos que as liquidacións lles saen negativas. Despois de entregar o leite, en vez de cobrar diñeiro, teñen que pagalo, en aplicación de contratos.
A empresa téxtil ordense Viriato presentou un segundo Expediente de Regulación de Emprego (ERE), con condicións moi semellantes ao que presentara en marzo, sobre o que non conseguiu un acordo dos traballadores e que finalmente decidiu non acometer. O novo expediente afectaba en principio a 48 empregados, aínda que nas negociacións a empresa deixouno en 40. Segundo trascendeu, sete serían despedimentos e os 33 restantes prexubilacións co 60 % da base reguladora para os empregados con entre 55 e 58 anos e o 70 % para os maiores de 59, ata os 62 anos. Estas contías son un dos principais elementos de negociación. O sindicato CIG reclama indemnizacións maiores para os menores de 55 anos que sairán da compañía, cun mínimo de 20 días por ano traballado e 12.000 euros a maiores. E cuestiona que se poñan como avais “propiedades xa hipotecadas”.
Reunión da Consellería do Medio Rural coas organizacións sindicais agrarias
Son casos extremos, pero non tanto os que teñen que asumir prezos que malamente superan os 20 céntimos de euro por litro. Xabier Gómez Santiso, coordinador de Gandeiría so SLG, cre necesarias medidas urxentes e advertiu da intención de “deslocalizar” a produción do leite, chegando incluso a trasladarse camións cheos de vacas a outras zonas de España con maior demanda.
Desde UU.AA., o seu secretario xeral, Roberto García, advertiu de que a industria ten boa parte da culpa do problema, ao impoñer “contratos lixo de entre 18 e 22 céntimos”. No encontro, no que se acordou a creación dun grupo de traballo, a conselleira asegura que hai que seguir traballando no observatorio lácteo “de forma silenciosa pero sen pausa” para acadar un sector estable e que Galicia manteña o seu peso.
PROGRAMA 13:00 h. Actuación dos grupos infantís LEMBRANZAS DO TAMBRE 15:00 h. Xantar popular. Haberá unha gran churrascada, prezos populares, servizo de bar e, de seguido...foliada!!!
18:30 h. Festival Folclórico Buxos Verdes (Senra-Cardama. Oroso) Néboas no Cúmio (Sigüeiro. Oroso) Lembranzas do Tambre (Sigüeiro. Oroso) Pandereteiras de Marantes Rancho Folclórico Sachadeiras da Várzea (Góis. Portugal) Amigos do Acordeón (Sigüeiro. Oroso)
Finalizado o festival... churrascada e foliada ata que o corpo aguante!!!
Crónicas - Xuño 2015
12
Economía ORDES
ORDES
Música e agasallos no Día dos Mercados celebrado na Praza
Prosegue a folga indefinida na estación de servizo de Leira
O grupo de gaitas Os Viqueiras tocaron no interior da praza e tamén na rúa
A Praza de Abastos de Ordes viviu as celebracións do Día dos Mercados, na derradeira xornada hábil de maio, con actuacións musicais e entrega de obsequios para a clientela. Os responsables dos distintos postos repartiron material promocional entre os clientes e tamén lambetadas entre os máis novos. Da música encargáronse os integrantes do grupo de gaitas Os Viqueiras de Ordes, que tocaron varias pezas polas rúas e tamén para os comerciantes e os compradores do mercado municipal. Despois da súa reforma e a dotación de novos espazos, a promoción da Praza de Abastos foi insisPRAZAS LIMITADAS
tente por parte do Concello, que leva organizadas xornadas especiais para implicar o comercio local. Ademais, seguen os intentos de comercializar os postos no mercado, que necesita un incremento e diversificación da súa oferta para atraer e fidelizar novos compradores. Neste sentido, hai uns días o Concello licitou a concesión de sete postos en réxime de concesión demanial. O período de explotación para os adxudicatarios sería de quince anos, coa posibilidade dunha prórroga de cinco anos. Desde o pasado 18 de xuño, incluído, existen quince días hábiles para presentar ofertas.
Unha xornada das protestas, que acumulan xa dous meses de duración
Os traballadores da empresa PonPre, concesionaria da doble estación de servizo de Cepsa na N-550 á altura de Leira, proseguen coa súa folga indefinida, que xa se aproxima aos dous meses de duración, sen que se albisque algún tipo de solución. Os empregados, que están re-
FRADES
COMARCA
Unha nova xerencia reabre a gasolineira da Pontecarreira con garantía de servizo
Crean en Ordes unha bolsa de emprego específica da área de atención sociosanitaria
EMPEZAMOS EN SEPTIEMBRE
CURSOS DE MASAJE PROFESIONAL Agora abre de 7 a 23 horas
CLASES TEÓRICO-PRÁCTICAS PLAZO DE MATRÍCULA ABIERTO JULIO Y AGOSTO 35% de descuento
EN CERCEDA 651 421 118
cibindo máis apoio social que político, reclaman desde o primeiro momento o cobro das nóminas que lles adebeda o empresario, nalgún caso varios meses. A actividade das gasolineiras está detida, aínda que unha delas funcionaba con interrupcións de servizo xa antes da folga.
A gasolineira de Repsol na Pontecarreira reabriu hai uns días da man dunha nova xerencia, que di “garantir a dispoñibilidade de todos os combustibles”, fronte ás carencias de subministración do anterior responsable, que rematou por deixar de prestar o servizo. Segundo o Concello, o novo equipo solicitou permiso para vender gasóleo B e bombonas de butano. Solvéntase así un problema de consumo que motivara unha recollida masiva de sinaturas por parte do PSOE de Frades e reclamacións do pleno municipal ante a Xunta.
A Mancomunidade e o Concello de Ordes xestionan unha bolsa de emprego específica para a área de atención sociosanitaria. Inicialmente, recolle postos de xerocultor, coidadores de persoas dependentes en institucións, coidadores de persoas con diversidade funcional, física, psíquica ou sensorial, auxiliares de axuda a domicilio, asistentes de atención domiciliaria, e coidadores de persoas maiores con diversidade funcional e convalecentes no domicilio. Coa base de datos da bolsa de emprego traballan os departamentos de Emprego mancomunal e local. No caso de existir demandas por parte dos Servizos Sociais, as oficinas de emprego ou empresas, unha das posibilidades de selección será esta relación de demandantes. As persoas interesadas que cumpran os requisitos poden inscribirse xa na Axencia de Emprego e Desenvolvemento Local de Ordes, achegando o currículo.
Crónicas - Xuño 2015
13
Economía CERCEDA Empresa de fabricación de produtos tecnolóxicos do naval e a auga
MESÍA
A cercedense Gefico intensifica a súa actividade en Europa Central e Asia
O Concello informa sobre o proceso de selección para o novo obradoiro de emprego
Visita do director do Igape ás instalacións da empresa Gefico en Cerceda
A empresa Gefico, radicada en Cerceda, comezou a intensificar a súa actividade en Europa Central e en Asia, dentro das súas iniciativas de expansión nos mercados exteriores. A compañía, que xa estaba implantada en Dubai con ese mesmo
obxectivo, dedícase ao deseño e fabricación de produtos tecnolóxicos para o sector naval, industrial e civil, e tamén ao deseño e fabricación de solucións para o tratamento de auga. Os seus proxectos de expansión foron tratados na recente visita do di-
rector do Igape, Javier Aguilera, á factoría da empresa en Cerceda. Aguilera destacou que Gefico mellora a súa competitividade potenciando o capital humano e aplicando a innovación. O resultado é que xa está presente nos cinco continentes e só en China dálles servizo a máis de 240 estaleiros. De feito, Gefico, que desde 2011 forma parte do grupo industrial Cetus, do que tamén forma parte Galopín, é a compañía galega máis internacionalizada do sector naval, segundo os datos que recolle o informe Ardán. Os plans de expansión de Gefico teñen o apoio do programa ReAcciona, con medidas para procurar novos clientes e novos mercados. Esta iniciativa do Igape facilita servizos orientados a achegar novas competencias e habilidades aos equipos humanos das empresas acollidas, xeralmente de pequeno e medianos tamaño. A idea é que melloren a súa xestión e que poidan consolidar os avances.
O Concello de Mesía recibiu xa o acordo favorable da xefatura territorial da Consellería de Traballo e Benestar para que se desenvolva o obradoiro de emprego ‘Atención á dependencia no fogar e nas institucións’, do que forma parte o municipio xunto con Abegondo como promotor, Bergondo e Carral. O obradoiro, de seis meses de duración, impartirá as modalidades de atención sociosanitaria a persoas no domicilio e atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. Para o proceso de selección de alumnos-traballadores, o Concello indico como requisitos básicos ser maior de idade e figurar como demandante na Oficina de Emprego, onde deben indicar o seu interese por participar. O Concello de Mesía tamén convocou recentemente concurso-oposición de dúas prazas de auxiliar de axuda a domicilio, como suplentes nas vacacións.
ORGANIZADO POR SOGAMA E PROMOVIDO POLA UNIVERSIDADE INTERNACIONAL MENÉNDEZ PELAYO
Novo curso de verán sobre xestión de residuos Unha vez máis, a Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) confiou a Sogama a organización dun curso de verán sobre xestión de lixo. Baixo o título “Xestión sostible dos residuos: alternativas e eficiencia”, a empresa pública dependente da Xunta de Galicia pretende abundar nas alternativas existentes para o mellor tratamento dos refugallos, poñendo de relevo a importancia da eficiencia, á vez que achegará unha visión integradora da situación actual a nivel europeo, estatal e autonómico. O curso, que estará conformado por tres xornadas, sumando unhas 20 horas lectivas, desenvolverase do 1 ao 3 de xullo, no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense. Está dirixido a membros da Administración local e autonómica (alcaldes, concelleiros e técnicos), profesionais do sector, estudantes universitarios e, en xeral, calquera persoa interesada na temática. GRANDES CONCEPTOS O primeiro día abordaranse os grandes conceptos que enmarcan a xestión dos residuos, tras o acto inaugural que presidirá a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez. A el asistirán o presidente de
Sogama, Javier Domínguez Lino, á súa vez director do curso, o director da UIMP en Galicia, Domingo Bello Janeiro, e o presidente en funcións da Deputación de Ourense, José Manuel Baltar Blanco. Así, contarase coa intervención de relatores da talla de Carlos Martínez Orgado, presidente de Honra da Fundación Economía Circular, quen falará da economía circular e as súas implicacións na xestión de residuos. Pola súa banda, Ana López Piñeiro, asociada sénior do Despacho de Avogados Garrigues, disertará sobre o marco regulatorio na materia, facendo referencia ao contexto europeo, español e galego. E Mª José Echevarría Moreno, subdirectora xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Xunta, encargarase de explicar os pormenores do plan galego de xestión de residuos urbanos definido para o período 2010-2020. Xa pola tarde, terá lugar unha mesa redonda, que moderará o director xeral de Sogama, Isidro García Téllez, na que se abordarán as novas tecnoloxías da información na xestión dos residuos, temática que será analizada por Fernando Asperilla Pinilla, xefe do Servizo de Planificación, Prevención e Información da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas; Miguel Varela Pérez, so-
cio-xerente da firma Teimas De-senvolvemento; e Gloria Fuenmayor Fernández, directora de Calidade e Laboratorio de Sogarisa. SISTEMAS DE XESTIÓN A xornada do 2 de xullo pretende achegar datos sobre a situación actual da xestión do lixo en España, encargándose disto a subdirectora xeral adxunta do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, Margarita Ruiz Saiz-Aja. Seguiralle María Teresa Barral Silva, docente do departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago, quen se deterá en explicar as características, funcionamento e resultados da compostaxe industrial e doméstica. Completará a rolda de intervencións Rafael Guinea, presidente da Asociación de Empresas de Valorización Enerxética de Residuos Urbanos. Na sesión vespertina, o público será obsequiado cunha mesa redonda sobre o papel da educación ambiental na xestión dos residuos urbanos e na que participarán Julio López Rubio, xestor do Departamento de Relacións Institucionais de Ecoembes; Carlos Vales Vázquez, director-xerente do Ceida; e Ricardo García Mira, profesor de Psicoloxía Social e
Ambiental na Universidade da Coruña. MODELOS E EXPERIENCIAS Xa o último día, afondarase, por parte do director da Fundación Finnovaregio en Bruxelas, Juan Manuel Revuelta, na xestión dos refugallos urbanos no ámbito europeo, dando a coñecer os sistemas de recollida, reciclaxe e valorización. Pola súa banda, o director xeral de Sogama, Isidro García Téllez, falará do modelo Sogama, deténdose nas melloras industriais e de xestión acometidas durante os últimos tempos. E será Javier Bobe Vázquez, o Director da Área de Medio Ambiente da Deputación de Ourense, o que dará a coñecer a xestión dos residuos na estratexia ambiental deste organismo. A última hora da mañá procederase ao acto de clausura e entrega de diplomas. Máis información e inscricións: http:// www.uimp.es/agenda-link.html?id_ actividad=62RQ&anyaca=2015-16
Crónicas - Xuño 2015
14
XENTE DE AqUí OROSO
COMARCA
Os escolares rematan as xornadas sobre o sistema solar mirando ao ceo de noite
Cheo absoluto na estrea da obra de teatro ‘A cantante calva’ da compañía A Catorce
Sesión de observación astronómica
Arredor de cincuenta persoas, maiormente escolares, participaron na sesión de observación astronómica nocturna no exterior da piscina municipal de Sigüeiro. Foi unha actividade que organizou o Concello de Oroso en colaboración co Observatorio Ramón María Aller da Universidade de Santiago e coa FECYT. Mediante un telescopio, os observadores puideron identificar diversos corpos celestes, coa axuda de responsables do Observatorio e coa charla dun astrónomo da USC. A sesión rematou as xornadas sobre o sistema solar impartidas en centros educativos do municipio.
A obra de teatro ‘A cantante calva’, a primeira representación do grupo de teatro afeccionado ‘A Catorce, estreouse con grande éxito na Casa da Cultura de Ordes. O auditorio estaba cheo de público, que agradeceu con aplausos o traballo acometido polos integrantes do grupo, mozos e mozas de Cerceda e de Ordes. Non é para menos, dado que coidaron todos os detalles: unha interpretación á altura dos profesionais, unha escenografía ben rematada, un vestiario con todas as puntadas ben dadas... E por riba de todo o traballo previo de adaptación da obra de Ionesco, que procura ser unha parodia da vida cotiá dun matrimonio, deténdose en aspectos como a incomunicación ou a soidade. En definitiva, a nova compañía afeccionada saíu airosa da representación do seu primeiro traballo sobre as táboas. Ve recompensado o esforzo de apostar por un texto un tanto arriscado, como expoñente do teatro do absurdo.
ORDES
Milleiros de persoas na terceira edición da Festa da Xuventude
A posta en escea do grupo A Catorce coidou con esmero todos os detalles
A calidade interpretativa foi un dos factores que máis sorprendeu o público
ORDES
As semanas de cociña nas parroquias conclúen no Mesón
O Campo da Feira, ateigado de público durante as actuacións musicais
Un ágape cos alimentos que prepararon púxolle o remate ao curso en Ardemil
A terceira edición da Festa da Xuventude de Ordes congregou milleiros de persoas no Campo da Feira. Segundo o Concello, a mocidade chegou tanto do propio municipio como de zonas limítrofes e de numerosos puntos de toda a provincia. A festa, celebrada na noite e na
O ciclo de cursos exprés de cociña por boa parte das parroquias de Ordes rematou no Mesón do Vento (Ardemil). Os participantes compartiron un menú para a clausura, despois de varios días de clases nos que puideron aprender as preparacións de distintas receitas e varias técnicas culinarias.
madrugada previa á xornada das eleccións municipais, tivo como reclamos a actuación de varios pinchadiscos e sobre todo do espectáculo de El Combo Dominicano. Os organizadores do evento contaron coa colaboración do Concello.
O curso, que acumula deceas de alumnos e alumnas no conxunto das parroquias, foi impartido polo cociñeiro Manuel Iglesias Vieites. O Concello de Ordes, como organizador, considera que a iniciativa tivo “un éxito extraordinario” atendendo ao número de participantes.
Crónicas - Xuño 2015
15
XENTE DE AqUí ORDES ‘Historias de equipaje’ e ‘As Casillas sen número’
Dous grupos do IES Maruxa Mallo presentan senllos libros Dous grupos de estudantes do IES Maruxa Mallo de Ordes elaboraron durante o curso senllos libros que están presentando e difundindo publicamente nestas semanas entre a veciñanza. HISTORIAS DE EQUIPAJE A primeira das creacións dada a coñecer titúlase ‘Historias de equipaje’. É un libro integrado por varios relatos escritos polo alumnado da clase de 4ºB. Como tema común de todos os contos, as viaxes. E como un dos obxectivos, ademais de deixar constancia da súa creatividade, unha viaxe tamén, xa que coa venda de exemplares agardan obter recursos para pagar parte da excursión de fin de curso. O grupo, que presentou o seu traballo nun acto multitudinario no Museo do Traxe, destaca que ningún grupo de cuarto do Maruxa Mallo publicara nunca antes un libro. Explican que o proceso consumiulles “bastante tempo” porque “cada un de nós escribiu un conto que despois corrixiu o profesor, despois de
ter todo listo todos tivemos que facer unha tarefa que nos axudou a acabar e a publicar o libro”. O traballo formou parte da materia de lingua castelá e literatura. AS CASILLAS SEN NÚMERO E se ‘Historias de equipaje’ xa foi presentado, este 23 de xuño chega o momento de ‘As Casillas sen número’, a creación dun grupo de estudantes de terceiro e cuarto do mesmo centro educativo. A presentación terá lugar este martes 23 de xuño (20 h) na biblioteca municipal. ‘As Casillas sen número’ componse por múltiples textos de diversa temática e estilos diferentes, de maneira que o lector poderá atopar monólogos, contos, relatos... Tamén as ilustracións que acompañan os escritos son da autoría dos estudantes. Este libro está editado baixo o selo cultural ‘Luzdegás’, que o IES Maruxa Mallo empregou xa en varias creacións audiovisuais. Estará á venda nas librarías do municipio de Ordes.
Acto de presentación de ‘Historias de equipaje’ no Museo do Traxe Juanjo Liñares
Estudantes que crearon ‘As Casillas sen número’, que se presenta este martes 23
XULLO XOVES DE PRAIA 2, 9, 16, 23 e 30. Praia de Boiro. 7 €/día ou 30 €/mes (empadroados). Nenos de ata 12 anos: 5 €/día CAMPIONATO DE PESCA INFANTIL Domingo 5 de xullo. 10:00 h. Río Maruzo (Céltigos). Gratuita. Menores de 16 anos. EXCURSIÓN AO AQUAPARK Venres 10 de xullo. De 13:00 a 20:00 h. O Concello subvenciona o transporte.
ACTIVIDADES DE VERÁN CONCELLO DE FRADES Información e inscricións no Concello de Frades
981 69 55 67
www.concellodefrades.es
AGOSTO RUTA DE SENDEIRISMO Sábado 1 de agosto. Ruta do Tambre. Área recreativa Os Pasos. Gratuíta. XOVES DE PRAIA 6, 13, 20 e 27. Praia de Boiro. 7 €/día ou 25 €/mes (empadroados). Nenos de ata 12 anos: 5 €/día. Outros: 10€/día. EXCURSIÓN AO AQUAPARK Venres 7 de agosto. De 13 a 20:00 h. O Concello subvenciona o transporte. Gratis (0-4 anos), 5 € (empadroados) e 8 € (outros)
Prezo: gratis (0-4 anos), 5 € (empadroados) e 8 € (non empadroados) DÍA DO/A NENO/A Sábado 11 de xullo, a partir das 16:00 h. Piscina municipal de Papucín. Xogos, festa da escuma, inchables, merenda... EXCURSIÓN OS CANÓNS DO SIL Domingo 12 de xullo. Saída ás 9:00 h. Viaxe en Catamarán e visita a adega. Prezo: 25 € (empadroados) e 30 € (outros)
Piscina municipal. Nenos/as (+4 anos): 15 € (empadroados) e 25€ (non empadroados). Adultos: 25 € (empadroados) ou 35 €. CAMPAMENTOS DE VERÁN Do 13 de xullo ao 7de agosto. Maiores de 4 anos. Inscricións antes do 6 de xullo. Horario: 9:30-13:30 h. Prezo quincena: 20 € (empadroados) ou 30 € (outros)
CURSOS DE NATACIÓN Do 13 de xullo ao 24 de agosto
EXCURSIÓN MULTIAVENTURA Venres 31 de xullo. Maiores de 12 anos. Prezo: 15 € (empadroados) ou 20 € (outros).
MARATÓN DE FÚTBOL 7 Sábado 8 de agosto. Infantil e cadete. Campo de fútbol de Abellá, 10:30 h.
II TORNEO MUNICIPAL DE TENIS Venres 28 de agosto pola tarde. Pista municipal de Ledoira. Gratuita.
FESTA DA XUVENTUDE Sábado 8 de agosto. “Os Pasos” (Aiazo). Churrascada, xogos, inchables, música... Prezo: 4€ (empadroados) e 8 € (outros).
DÍA DA BICICLETA Sábado 29 de agosto. 10:30 horas. Saída praza Ponte Carreira. Gratuita. Agasallos a todos os participantes.
XVIII MARATÓN DE FÚTBOL INTERPAROQUIAL Domingo 9 de agosto, dende as 10:00 Campo municipal de fútbol de Abellá.
FESTA DA AUGA Sábado 30 de agosto. Gratuita. Inchables, tobogán de auga, deslizantes, festa escuma... Piscina municipal de Papucín.
EXCURSIÓN Á CASA DO QUEIXO Martes 11 de agosto. Para nenos ata 12 anos. Prezo: 10€
CAMPIONATO DE PÁDEL Sábado 29 de agosto. 16:00 horas. Pista municipal de Papucín. Gratuíta.
SETEMBRO
CURSOS
EXCURSIÓN AO PAÍS BASCO E BURGOS 18, 19 e 20 de setembro. Todas as idades. Nenos: 100€. Adultos: 150€ (empadroados). Anotacións antes do 4 de setembro.
CURSO DE BIXUTERÍA CURXO DE BROCHES CON FIMO CURSO DE FOFUCHAS CURSO DE PÁDEL
MANIPULADOR DE ALIMENTOS CONCURSO DE FOTOGRAFÍA PAISAXÍSTICA DE FRADES As fotos serán usadas para o calendario 2016 do Concello. Dirixido a empadroados. Máis información no Facebook.
Crónicas - Xuño 2015
16
xente dE aquí MESÍA
FRADES
Fin de curso das actividades
Clausuran no pavillón a tempada das escolas municipais
Exhibición da escola de patinaxe no polideportivo da Pontecarreira
O Concello de Mesía clausurou cunha festa o seu curso de actividades culturais e deportivas, tanto para a poboación infantil como a adulta. Participaron máis de medio milleiro de persoas na xornada, pola tarde coas exhibicións
das distintas escolas culturais e deportivas municipais e pola noite coas clases de adultos. Ademais, proxectouse un orixinal vídeo de resumo do ano. O Concello acaba de presentar tamén a súa programación de actividades do verán.
A festa de clausura da tempada 2014-2015 das escolas deportivas municipais do Concello de Frades congregou unhas duascentas persoas no polideportivo da Pontecarreira, contando os setenta nenos e nenas das distintas modalidades deportivas. A festa contou con elementos hinchables para xogar no in-
terior do pavillón. O principal foron as exhibicións ofrecidas polas distintas escolas. Chamaron especial atención as de patinaxe infantil, pola súa vistosidade. O alcalde, Roberto Rey, entregoulles unhas mochilas como obsequio e animou a conseguir que as escolas deportivas municipais medren o vindeiro curso.
OROSO
CERCEDA
Ve a luz a revista ‘Memoria de Oroso’, con imaxes do Arquivo
Entréganse os premios do certame escolar do Moucho
Acto de presentación da revista, no centro cultural de Sigüeiro
Os premiados nas distintas categorías, coa concelleira de Cultura de Cerceda
Xa viu a luz a revista ‘Memoria de Oroso’, do Arquivo Histórico de Imaxes do Concello, do que é responsable Manuel Pazos Gómez. Este primeiro número supón un considerable paso no proxecto de “rescatar e dar a coñecer o noso pasado común” a partir de fotografías que en gran medida cederon os veciños nos últimos anos, xunto con outros documentos an-
Cerceda entregou os premios do certame artístico escolar que convocou con motivo do vixésimo aniversario do Museo do Moucho, no que participou o alumnado dos colexios do Cruce, Celso Emilio Ferreiro e O Calvario. En infantil, o primeiro premio foi para Juan Álvarez. En primeiro e segundo de primaria, para Carla Santos. En terceiro e cuarto
tigos. Mais as fotos non son un fin sen si mesmas, xa que se presentan cunha orde e cun contexto. O primeiro número conta con 170 fotografías e documentos e explica en que consiste e que persegue o arquivo histórico de imaxes, as intencións da revista e o proxecto sobre o fotógrafo itinerante Victorino Verea, entre outros contidos.
de primaria, para Brais Doval. E no tramo de quinto e sexto de primaria, para Alexia Estevez. O xurado estivo integrado polas mestras María Teresa del Río e María Eugenia Ferreiro, con Carmen Prego como representante do Concello. Na entrega de premios, a concelleira Begoña Rodríguez Rumbo destacou a creatividade dos traballos presentados.
Crónicas - Xuño 2015
17
xente dE aquí
CERCEDA
ORDES
Actividades con todas as xeracións para conmemorar o Día do Medio Ambiente
Os boletos para o Sorteo do Ouro da Cruz Vermella, á venda en negocios de Acordes
O Concello de Cerceda non deixou pasar inadvertido o Día do Medio Ambiente, que conmemorou con actividades para todas as xeracións, como unha plantación man a man entre escolares e maiores no xeriátrico e unha andaina para todas as idades por unha das tres rutas de sendeirismo homologadas do municipio. Na plantación, que contou coa colaboración do colexio O Cruce, alumnado de cuarto de primaria traballou man a man cos maiores do centro de día e residencia. Quedou constancia da xornada para o futuro con dúas cerdeiras ornamentais na contorna do edificio. Os maiores obsequiaron os cativos con agasallos preparados por eles mesmos. Na andaina, entre Cerceda e a área recreativa de Portobrea (Queixas), participaron preto de sesenta persoas, entre elas a concelleira Begoña Rodríguez Rumbo. Empregaron boa parte dunha mañá, nunha proposta útil para coñecer o concello desde outra perspectiva e facer exercicio físico saudable.
Os boletos para participar no Sorteo do Ouro da Cruz Vermella do vindeiro 23 de xullo poden adquirirse, ademais de nos puntos de venda habituais, en 33 establecementos vinculados á Asociación de Comerciantes de Ordes (Acordes). A iniciativa vai parella a unha acción de divulgación do labor que efectúa a Cruz Vermella e que o Sorteo do Ouro axuda a financiar. Nos comercios pode atoparse información sobre distintos proxectos que desenvolve en Ordes, como clases de español, apoio escolar, acompañamento de maiores ou obradoiros educativos. Como acción complementaria nesta colaboración entre a Cruz Vermella e Acordes, sortearase un cheque agasallo valorado en 100 euros entre todos os números que se vendesen nos establecementos colaboradores. É unha contía que se poderá gastar en calquera dos establecementos de Acordes que se sumaron á iniciativa.
Plantación de cerdeiras ornamentais entre nenos e maiores preto da residencia
Participantes na andaina entre Cerceda e Portobrea, na ruta sendeirista homologada
Crónicas - Xuño 2015
18
xente dE aquí TORDOIA
Conclúen dous cursos de informática e programan outros Concluíron en Tordoia dous cursos municipais de informática para persoas adultas, cunha duración de sesenta horas. As clases, ademais de ofrecer unha serie de destrezas básicas, serviron para que os participantes aprendesen contidos relacionados coas novas tecnoloxías, internet e a
creación de vídeo. O Concello anuncia que ten previsto efectuar novos cursos e actividades deste tipo. Neste sentido, indícalles ás persoas interesadas que poden acudir á Casa da Cultura para informarse. Na imaxe, os asistentes aos cursos, co alcalde e co profesor.
CERCEDA
A escola municipal de música remata o curso cun concerto
OROSO
Os cativos da Ulloa aprenden educación vial para o día a día
O alumnado combinou música e baile nos seus espectáculos
Os nenos e nenas da Ulloa recibiron os carnés tras completar un circuíto
Un cento de nenos e nenas participaron na actuación de fin de curso da Escola Municipal de Música de Cerceda, un concerto que xa acadou a súa sexta edición co nome ‘O son das aulas’. Trátase dun concerto no que combinan a vocación artística coa parte didáctica, con música, baile
Os corenta nenos e nenas da escola infantil municipal da Ulloa, en Sigüeiro (Oroso), recibiron os habituais carnés de condutores ao remate do programa de educación viaria que o Concello desenvolveu no centro. Durante as sesións, os cativos aprenderon o significado dos si-
e canto. O alumnado interpretou temas clásicos e adaptacións de pezas de rock e tamén algúns éxitos máis popeiros. O alcalde, José García Liñares, estivo presente entre os varios centos de espectadores e destacou que a aposta local pola cultura “está dando os seus froitos”.
nais de tráfico máis habituais e das normas elementais de circulación, mediante un circuíto disposto na propia escola que percorreron con motos de xoguete. A intención do programa é precisamente esa, a de darlles aos cativos as pautas básicas de seguridade viaria adaptadas á súa idade.
CERCEDA
Subvencións para cultura e deporte O Concello de Cerceda asinou os convenios con asociacións deportivas e culturais, co propósito de axudarlles a financiar as súas actividades durante o curso. En total, beneficia vinte e seis entidades que presentaron solicitudes e tamén reciben bolsas cinco deportistas. O volume das subvencións é de 63.151 euros, dos que
7.100 se lles entregaron a sete asociacións culturais, 49.251 para dezanove asociacións deportivas e 6.800 para os deportistas individuais. O Concello estivo representado polo alcalde, José García Liñares, e a concelleira de Cultura, Begoña R. Rumbo, que destacaron a vitalidade do tecido asociativo.
Representantes das entidades, tras a sinatura dos convenios municipais
Crónicas - Xuño 2015
19
DEPORTES COMARCA Dezaoito anos de xantares da terceira idade
Cerceda e Frades homenaxean os máis veteranos nas súas festas Continúan as clásicas festas para a terceira idade nos municipios da contorna. Os últimos encontros tiveron lugar en Cerceda e en Frades, con centos de asistentes. En Cerceda, a festa celebrouse o 16 de maio e cumpriu dezaoito anos. Acudiron máis de 400 persoas, que contaron con servizo de autobús ata o pavillón de Limeisa. O grupo de gaitas Nova Xuntanza actuou antes de despois da misa. E logo do completo xantar, entregáronse as decoracións ás persoas de maior idade presentes no ágape. Foron María Liñares Padín, de 95 anos, e Antonio Docampo Bello, de 91 anos. Posteriormente celebrouse o baile con Alborada, aínda que a música non se detivo en ningún momento porque tamén actuou o Cuarteto de Queixas durante toda a xornada. O alcalde, José García Liñares, destacou que a celebración serve para o encontro entre persoas do municipio que se ven poucas veces ao ano e anunciou que o vindeiro ano a festa volverá ser de entrada gratuíta, despois de que nas últimas
edicións cobraran por mor da crise. En Frades, a festa, que tamén cumpría dezaoito anos, congregou preto de 500 persoas. Despois da misa, actuou o grupo Sarillo, de Aiazo, que volvería retomar a música tras o xantar. A homenaxe neste caso recaeu en todos os maiores de 90 anos presentes: Jesús Carro (92 anos, Papucín), Concepción Veiras (91 anos, Aiazo), Clodomiro Cabanas (91 anos, Aiazo), Enrique Meixide (94 anos, Papucín), Dolores Dono (91 anos, Papucín), Dosinda Fernández (90 anos, Galegos), Visitación Bello (93 anos, Ledoira), Isolina Souto (90 anos, Papucín), María Espiñeira (94 anos, Aiazo), Carmen Rilo (90 anos, Aiazo). Rosalía García (90 anos, Moar), Manuel Moar (92 anos, Abellá), Ramiro López (98 anos. Aiazo), Edelmiro Souto (92 anos, Gafoi) e Rafael Suárez (91 anos. Abellá). Tamén foi recoñecido o párroco Antonio Regueira, que desenvolve aínda a súa actividade en varias parroquias do municipio e que hai uns meses cumpriu 50 anos de sacerdocio.
Agasallo ao máis veterano da festa en Cerceda e homenaxeados en Frades
ORDES
COMARCA
A V Xuntanza Cabalar de Ardemil reúne 324 exemplares chegados desde toda Galicia
As Noites de Tasca celebran o seu sétimo aniversario este venres 26 de xuño en Ordes
A quinta edición da Xuntanza Cabalar de Ardemil logrou reunir 324 animais chegados desde múltiples puntos de toda Galicia para participar nas competicións, nas exhibicións e, por suposto, na festa. Comezaron no serán do venres 5 de xuño con baile e degustación de balde de touciño entrefebrado. O sábado, o primeiro foi o roteiro de 18 quilómetros de percorrido. Despois, misa na honra de Santo Antón, con bendición dos animais. E tras o xantar, moi concorrido, comezaron as competicións de cabalos, trotóns e eguas, con probas de barrís e de andadura federada, andadura serrada federada e andadura de trotadores. Todas elas con premios en metálico. A asociación cultural Cabaleiros de Ardemil é a encargada de organizar este evento, no que conta coa colaboración do Concello de Ordes. Destacan que durante estes anos a participación aumenta progresivamente e que xa se fixo un oco no calendario dos afeccionados.
As ‘Noites de Tasca’, o ciclo de espectáculos centrados na música e baile autóctonos que percorre durante a tempada os municipios da contorna, celebran o seu sétimo aniversario este venres 26 de xuño en Ordes. Organizadas pola Asociación Grupo de Gaitas Os Viqueiras, as actividades comezarán coa actuación de CÉ Orquestra Pantasma ás 18 horas diante da piscina descuberta. Desde as 19:30 horas haberá un obradoiro de baile galego na Alameda, con Helena Noya, e outro diante do Museo do Traxe, con Juan Pena e Beatriz García. Ás 20 horas, presentarase no Museo do Traxe o libro-cedé ‘Pazos de Merexo, o acordeón diatónico da Costa da Morte’, de Xurxo Souto e Pedro Pascual. E desde as 21:30 horas uns trinta grupos de música e baile actuarán en distintos bares de Ordes ata confluír no Campo da Feira para a fin de festa, que consistirá nunha foliada conxunta.
O xantar da Xuntanza Cabalar de Ardemil congregou centos de persoas
20
Crónicas - Xuño 2015
DEPORTES FÚTBOL SALA
HÓCKEY
Gonzalo Iglesias e Manuel Viqueira retíranse do Jogafan FS
O AC Ordes xuvenil proclámase subcampión de España
Integrantes do equipo con Iglesias e Viqueira, o día da súa despedida
Os xuvenís do conxunto ordense de hóckey celebraron o resultado na Alameda
O adestrador Gonzalo Iglesias Candal e o xogador Manuel Viqueira retiráronse do equipo Jogafan Fútbol Sala co remate desta tempada. Foi nunha intensa xornada na que o equipo disputou un encontor no pavillón Castelao II e celebrou a Festa do Socio. Iglesias, que empezara no equipo como xogador, viña sendo
O AC Ordes xuvenil proclamouse subcampión de España de hóckey, ao rematar en 3-2 o seu encontro cos integrantes do FC Barcelona. O equipo ordense nunca deu por perdido o partido e demostrou un gran nivel de xogo, como demostra que ao descanso o resultado era de 3-2. A celebración do resultado tivo
o adestrador nos últimos anos. Viqueira foi unha das figuras máis emblemáticas do club durante moitos anos. Con semellantes traxectorias, a despedida tivo moita emotividade. Entre agasallos e aplausos, a ela sumáronse tanto os xogadores como o cadro técnico, a directiva e numerosos seguidores.
lugar a mesma xornada do partido en Ordes. O autobús que trouxo o equipo desde Alcobendas (Madrid), sede da final, deixou os seus integrantes na Alameda case á medianoite. Numerosos veciños, entre seguidores, familiares e amigos, agardáronos para recibilos. Non foron campións, pero o resultado é un grande éxito.
FÚTBOL 8 Durante dúas fins de semana, coas diversas categorías inferiores e equipos de toda a provincia
A S.D. Ordes celebra o seu décimo torneo de fútbol 8
Máis que a competición e os resultados finais, o máis interesante do torneo de fútbol 8 da S.D. Ordes é o fomento da práctica e os valores deportivos entre os máis pequenos
A S.D. Ordes celebrou a décima edición do seu Torneo de Fútbol 8 nas instalacións deportivas de Vista Alegre. A competición programouse en dúas fins de semana, unha para as categorías biberón e prebenxamín e outra para os grupos de benxamín e alevín. O equipo local resolveu os seus encontros con moi bo xogo, pero sen
demasiada fortuna nos resultados. Baste como mostra que nas categorías da primeira xornada foi o Calasanz o que acadou os primeiros postos. En todo caso, o principal deste tipo de torneos é fomentar a práctica do deporte entre os máis cativos e, sobre todo, os valores positivos asociados ao fútbol. A participa-
ción pode considerarse un éxito, xa que na competición do nivel biberón competiron dez equipos, mentres que na categoría prebenxamín sumaron dezaseis. Outros dezaseis disputáronse a categoría benxamín, o mesmo que na alevín. O Arteixo, o Victoria, o Orzán, o Cerceda, o Paiosaco, o Burgo, o Calasanz, o Ural, o Betanzos, o Villestro,
o Once Cabaleiros, o Tordoia, o Curtis, o Olímpico, o Luís Calvo, o Carral, o Arzúa, o San Tirso, o Dubra e o Portádego son as entidades que participaron cando menos nunha das categorías, o que fai do torneo ordense unha das citas máis destacadas do fútbol 8 na provincia. A S.D. Ordes conta coa colaboración do Concello no torneo.
Crónicas - Xuño 2015
21
DEPORTES ATLETISMO Preto de 600 participantes converteron esta edición da proba na máis concorrida
Barros e Rial gañan a VII Cross Ambiental de Ordes
Os máis pequenos, correndo nunha distancia menor para ir creando afección
A proba absoluta cubriu unha distancia de 10.000 metros desde o Campo da Feira
O corredor Abel Barros González, do club Atletismo Moraña, foi o gañador absoluto da VII Cross Ambiental Concello de Ordes, cun tempo de 37’57’’ para completar os 10.000 metros da proba. O segundo posto acadouno Felipe Miguens, pontecesureño do Club Atletismo Sar, cun rexistro de 39’26’’. E a terceira praza correspondeulle a José Antonio Abuin, de Cambre e do Club Atletismo Sada, con 39’38’’. Carlos Fernández Villa-
Na proba de 2.000 metros de lonxitude, para categorías sub18 e sub14, o gañador foi Yago Pazos Barbeito, do Club Atletismo Coruña. Marta Vilas Martínez, do Atletismo Riazor Coruña, foi a primeira clasificada. Pola súa parte, en sub11, con 1.000 metros, venceron o ordense Iván Suárez Villaverde e a coruñesa Susana Amor Castro, do Club Atletismo Sada. Nos 500 metros de pre-
verde, sexto, foi o primeiro ordense en chegar á meta, aos 40’52’’. Na competición feminina, a gañadora foi Susana Rial Santos, corredora do Pino que compite co Club de Atletismo Boimorto. Fixo un tempo de 50’02’’. A 32 segundos entrou a segunda clasificada, a betanceira Raquel Vázquez. E María José Grobas Garaboa, de Mesía, foi terceira, cun tempo de 51’18’’, competindo co Club Atletismo Boimorto.
benxamín gañaron Daniel García e Aldara Ceide. Segundo o Concello, esta foi a Cross Ambiental máis concorrida, con preto de 600 participantes de todas as idades. O evento tivo un obxectivo solidario, recollendo entre corredores e espectadores alimentos e outros produtos de primeira necesidade para destinalos ás familias con máis dificultades económicas do municipio.
TORDOIA A sexta edición da proba aproximouse aos 200 participantes
CERCEDA
Javier Tourís, primeiro na pedestre popular ‘Tordoia in Essence 2015’
Bouguerroudj e Suárez Pedrosa marcan o paso na Silva, con máis de 400 participantes
Saída da proba absoluta da sexta edición de ‘Tordoia in Essence’, que nesta categoría contou con 135 corredores
Javier Tourís Fornos foi o gañador da sexta edición da Carreira Pedestre de Tordoia ‘Tordoia in Essence 2015’. Completaron o podio principal Amador Pena e Anxo Ruanova. A modalidade absoluta disputouse sobre unha distancia de 6.850 metros e
rexistrou 135 corredores. Outros 61 inscribíronse nas demais categorías, con victorias para Daniel Mato en infantil-cadete, Deki Mato en benxamín-alevín, Yeray Valle en prebenxamín e Javier Seoane en pitufos.
A carreira forma parte do circuíto da Deputación e destaca polo esforzo da organización para darlles o mellor servizo aos participantes. Entregaron os premios a concelleira de Deportes, o tenente de alcalde e o atleta tordoiés Martín Liste Viaño.
O alxeriano Abdelkader Bouguerroudj, do Atletismo Sada, gañou a XI Carreira Popular da Silva (Cerceda), con 33’23’’ para os dez quilómetros de percorrido. Acompañárono no podio Ramón Serantes (Marineda Atlético) e Javier Tourís (Club de Atletismo Coruña Comarca), na segunda e terceira posicións. Na categoría feminina desta competición, a primeira praza foi para Raquel Suárez Pedrosa (Ría Ferrol-Concepción Arenal), cun tempo de 39’46’’. A segunda posición logrouna Eusebia Maldonado, que correu como independente, e terceira clasificada foi Pilar Caínzos, do Club Atletismo Sada. A carreira foi organizada polo Club Atlética A Silva, coa colaboración da Federación Galega de Atletismo, o Concello de Cerceda, a Deputación da Coruña. En conxunto, nas diferentes categorías de idade, participaron máis de 400 persoas.
22
Crónicas - Xuño 2015
DEPORTES ATLETISMO
FÚTBOL Do 6 ao 31 de xullo, coa posibilidade de participar en semanas soltas
Daniel Castro, do Club Atlética A Silva proclámase campión galego de xavelina
O prazo para inscribirse no Campus do Celta en Oroso remata o 1 de xullo
Daniel Castro, do Club Atlética A Silva de Cerceda, proclamouse campión galego de xavelina. A entidade, que efectúa parte dos seus adestramentos en Ordes, tivo tamén bos resultados con María Pena, cuarta en lanzamento de xavelina infantil; Lara López, sexta en 150 metros lisos e salto de altura infantil; e Andrea Caneda, décima en 3.000 metros infantil.
O vindeiro 1 de xullo remata o prazo para inscribirse no Campus de Fútbol que a Fundación Celta de Vigo e a Escola Deportiva Xuventude Oroso desenvolverán en Sigüeiro do 6 ao 31 de xullo, coa colaboración do Concello. Poden anotarse nenos e nenas de entre 4 e 16 anos, no período completo ou por semanas soltas. Os empadroados en Oroso ou pertencentes ao Xuventude Oroso teñen descontos. Os impresos poden recollerse no centro deportivo ou obterse na web da entidade. Ademais de formación técnica no fútbol, o programa de actividades inclúe propostas extra como rutas de sendeirismo, visitas ao estadio de Balaídos e ao parque acuático de Cerceda, e a práctica doutras especialidades deportivas. O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, estivo acompañado na presentación do campus polo presidente da Fundación Celta de Vigo, Germán Arteta; o concelleiro de Deportes, Luís Rey; o presidente da ED Xuventude Oroso, José Ferro; e o coordinador
Acto de presentación do Campus da Fundación Celta de Vigo en Oroso
xeral dos campus de verán da fundación, Alejandro Abad. Mirás destacou os bos resultados da aposta polo deporte en Oroso, que exemplificou no Xuventude, e acusou “ás autoridades supramunicipais de non estar á altura, senón que están poñendo
trabas porque, de non ser polos esforzos dos Concellos, sería moi difícil que estas actividades puidesen saír adiante”. No caso do campus, seguirá polos menos outros catro anos, tras renovarse o acordo entre Xuventude Oroso e a Fundación Celta.
CICLISMO Organizada polo Club Ciclista Tambre Bike, cunha versión curta e outra longa sen carácter competitivo
A II Marcha BTT da Troita acada 230 participantes
A marcha tivo saída e chegada en Sigüeiro, con percorrido polos termos municipais de Oroso, Santiago de Compostela, Trazo, Tordoia e Ordes
A segunda edición da Marcha BTT da Troita, organizada polo Club Ciclista Tambre Bike coa colaboración do Concello de Oroso, acadou os 230 ciclistas inscritos, procedentes de distintos puntos de Galicia. A proba marcou o seu percorrido polos municipios de Oroso, Santiago, Trazo, Tordoia e Ordes, con saída e chegada en Sigüeiro. Estableceuse
unha versión curta duns 45 km e outra longa de 52 km, en función de se os participantes se vían con forzas para os sete quilómetros extra. A organización dispuxo varios puntos de avituallamento en todo o traxecto, e mesmo ofreceu paella ou ensalada de pasta, ademais de froita e bebida, ao remate. A marcha non tivo carácter com-
petitivo, se ben os participantes levaron cadanseu chip para facilitar os labores de control por parte da organización e tamén para que cada ciclista tivese unha referencia persoal do tempo que precisaron para completar o circuíto. O deportista que marcou mellor tempo na ruta curta foi Miguel Arcay, do CC Betanzos, con case dúas horas
e dezasete minutos. Yolanda Mosquera, de Os Andaios CC, foi a primeira en chegar á meta, cun tempo algo superior ás tres horas e vinte e nove minutos. Xa na versión longa, Pedro Núñez, de Bicicletas Brais Chas, rexistrou o mellor tempo, con pouco máis de dúas horas e vinte e seis minutos. Nesta variante non participaron mulleres.
Crónicas - Xuño 2015
23
OPINIÓN Os paxariños da Alameda Está a garza preocupadísima por se ao rolex, ese que trouxera envolto en papel de cores aquel señor tan simpático a cambio de nada, lle parou o mecanismo ou se lle acabou a pila. Ata pediu comprobar se aínda estaría en garantía, porque se hai que pagar o arranxo... Non se dá conta a pobre que nunca tan rápido movera as agullas, levando ao extremo calquera interpretación da teoría da relatividade. Están que o funden, queiman cada segundo do día, poñendo a orde que non sempre houbo. Disimuladamente, por suposto, que o decoro sempre foi santo e seña da casa. E saben ben as aves que van ter que pedir algunhas actas de chumbo. É evidente que o papel non vai resistir o temporal que se aveciña a partir de xullo. Haberá tanto vento que algunha gaivota, dúas polo menos, sairán voando en busca de ali-
Sección de chíos, murmuracións e faladorías pilladas polo aire, unhas máis certas que outras
mento cara á súa Ítaca. A fame vencerá o chumbo ou calquera outra carga. E aí verase que nin decoro nin decoración. Movemento práctico, como sempre. Alférez? A pita de monte tivo que mercar unha batería adicional para o seu móbil e facer unha ampliación de buzón. Nunca tal vira, chamouno ata quen practicamente non lle dirixiu a palabra en oito anos. Desesperación a tope. Oferta inxente. Do buzón, xa todo se sabe. Cartas-lixo que aireou e queimou. Os xogos repugnantes de sempre. Os paxaros de toda a vida. O decoro perdido por falta de principios. Quedou claro que a percepción da realidade dalgúns paxaros recomenda tratamento urxente. Contamínanse a si mesmos e a súa contorna. Contorna paleta, por certo.
Si, porque os títulos non dan a intelixencia. E os sorrisos non son máis que mostra de inseguridade, incertezas disfrazadas de argumentos febles, sen criterio, que mutan tan pronto se cruza a fronteira. Sorrisos pretendidamente cómplices que só ocultan maldade. Que recollen aquí para carrexar alí, buscando palmadas nas costas. E por moito que se esforcen na difusión hai moito que a bandada non traga. Non hai líder para voar. Destrozou o niño, expulsou os rivais, non ve máis alá da cova. Cégase pola luz grega. Na mesma banda, na sección das rosas sen sangue, os ornitólogos están abraiados polo triunfo da ignorancia, da estulticie e da carraxe. Ven exemplares a un e outro lado do río que non soltan máis que veleno polo pico. Son incapaces de facer nada construtivo. Son ‘angry birds’ de libro, e xa se sabe que un
bo impacto contra a parede xa os neutraliza. Porque nin supremacía moral teñen. E as vociferacións son inútiles. O mesmo que os asesores. Que tamén sorrín co medo. Idiotas! Conste que na outra póla as raíces tampouco son moi profundas e xa barallan un traslado. Ofertas de terra tiveron para o trasplante. Pero sucede que hai capullos que non agromarían na nova terra e que ademais contan co cambio climático. E como lles vai tan ben, pois para que cambiar? Anda certo virot lanzando pelotas a todos os lados. Séntese ameazado. Busca novos acubillos e todo serve. Outro xa vai desaparecer da parte da xeografía da comarca onde persistía, malamente. A pregunta é: cando deixarán de escoitar as súas parvadas e pensarán na realidade?
Crónicas
Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.
Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L. Peche de edición: 18-06-2015. Depósito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Teléfono: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com
ENTREVISTA CON Perico Balado e compañía, creadores da webserie ‘Gafas e Pallaso’, rodada en parte en Oroso
“Sería sensacional un mercado de webseries, como que o Compostela volvese a Primeira” ‘Gafas e Pallaso’ é unha serie que se pode ver por internet, en galego e sen máis pretensións manifestas que entreter. O seu director, produtor, montador e guionista é o orosán Perico Balado, que comenta nesta entrevista esta creación audiovisual. - Como xorde a idea de crear “Gafas e Pallaso”? - Pois xorde un día tirados no sofá vendo vídeos en Youtube. Criticabamos todos (si, somos “haters” por deporte) ata que un de nós dixo: “Ei, como molaba que houbese xente que falara mal das cousas que gravamos nós”. E así foi como nos puxemos a traballar no tema. Meses despois, o día que nos escribiron o primeiro comentario negativo, saímos de festa a celebralo. - Falades dunha “webserie de humor sen pretensións moito máis profundas que esa”. Sen desprezar o humor, que é algo moi serio, algunha intención máis haberá, non? - Si, realmente si. Cada un de nós ten un obxectivo persoal con isto da webserie. Son bastante dispares dentro do equipo, dende chegar a ser cantante de El Combo Dominicano ata gañar as eleccións da Xunta de Galicia. Pero de momento con ir facendo unha serie en galego na que o eixe central non son chistes con vacas e tractores imos conformándonos... Somos moi modernos como podedes ver. - Vemos que hai un pallaso alieníxena que non para de dicir tacos. En principio pode parecer que non, pero houbo autocensura co humor? - Mentiriamos se dixésemos que gravamos todo o que se nos ocorre. Hai moitas veces que pensamos que nos vai caer a bronca na casa dependendo de que tacos ou que cousas fagan os personaxes. As nosas nais son unhas santas, o último que queremos é que se enfaden con nós por facer o gilipollas en internet. - O proxecto involucra moitas persoas, e a algunhas delas (Gayoso, Berto Romero, Dani Mateo…) supónselles certo caché… Tirastes de talonario ou utilizastes a imaxinación para captalos? - Non temos demasiada imaxinación, é evidente vendo o título que lle puxemos á serie, así que tocou tirar de
A webserie pode seguirse a través da páxina web www.gafasepallaso.com. Na imaxe, os integrantes do seu equipo.
talonario para conseguir todos os cameos que temos. Por sorte, puidemos conseguir un Crédito Cofidis (a un interese baixísimo e devolvéndoo en cómodos prazos) para poder pagar o que nos pediu Gayoso por vir rodar un videoclip de rap con nós. - Credes que as webseries se irán abrindo paso a un público máis maioritario ou é un xénero que xa tocou teito? Cales son as principais dificultades para crear unha? - É complicado porque o principal problema que atopan as webseries é que cheguen á xente. E unha vez que unha chega, ten que atraela en todo momento, porque está a un só clic de cambiar o que está vendo e poñer un videoclip de Franco Battiato ou da Familia Caamagno se quere. Ademais, internet non valora o esforzo, hai series marabillosas e moi curradas que pasan desapercibidas; e logo, sen embargo, hai vídeos de gatos que puido gravar o teu veciño co móbil con millóns de visitas. Resulta frustrante. - Entón, existe mercado ou son produtos meramente voluntaristas? - Desgraciadamente estamos nun país no que se compras unha película en DVD pensan que es parvo porque a podes descargar de balde. Con este contexto é moi complicado que alguén vaia pagar por ver unha webserie. Sería sen-
sacional que existise un mercado, pero tamén sería sensacional que o Compostela volvese á Primeira División. - Botades en falta que este tipo de creacións se poidan distribuír a través da televisión, ou nin vos interesa? - Que as televisións miraran un pouco a internet estaría ben porque hai cousas moi molonas e xente con moito talento que podería facer proxectos moi interesantes. A distribución de webseries xa é outro tema. A maioría non contan cun formato televisivo e ademais son un pouco cutres debido á falta de medios. Por exemplo, un capítulo dunha hora de “Gafas e Pallaso” sería un coñazo, aínda máis do que xa é (risas)... - E Sigüeiro ten facilidades para rodar? Cal foi o motivo da elección? É o hábitat idóneo para Gafas e Pallaso? - Realmente gravamos en Sigüeiro porque é onde temos un piso dispoñible para facelo. Aquí estamos cómodos porque coñecemos moita xente e sempre é máis fácil para pedir cousas. Por exemplo, no segundo capítulo hai unha secuencia no instituto; botamos unha mañá alí e para gravar entramos alí cun tío vestido de pallaso, unha escopeta e con Miguel de Lira, ademais de todo o equipo e o material… Se chegásemos así a un sitio onde non nos coñecen, teríannos largado nada máis vernos. Tamén gravamos cousiñas en Santiago e
en Rianxo, que alí pórtanse magnificamente con nós. - Estanse cumprindo as vosas expectativas? Compénsavos o tempo e os recursos gastados? - A verdade é que de momento non hai queixa. Estamos facendo a webserie que queríamos facer, coñecemos un montón de xente que merece a pena e estamos aprendendo moito máis do que aprendemos na facultade. Vainos moi ben, de feito creo que nos queren dar o premio Princesa de Asturias o ano que vén, pero non sei se o iremos recoller que seica non poñen empanada... - Haberá máis capítulos despois dos cinco anunciados? - Pois a verdade é que nin nos sentamos a falar isto. Quedan meses aínda para ter publicados todos os capítulos, non imos con présa tampouco. O que si temos pensado é ir soltando vídeos máis curtos alén (alén, que bonita palabra) da propia serie, ao estilo do de Xosé Ramón Gayoso. - Algo que vos preocupe nestes momentos? - Si, queremos aproveitar para pedirlle ao Concello de Oroso que contrate a Tito Puente para impartir un obradoiro de bachata, bolero e chachachá. Ademais, xa que estamos, mandar un saúdo a toda a peña de Carabanchel e Leganés. Y viva el vino!