Crónicas
Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 1 - Xaneiro de 2014
Os temporais empeoran o estado das infraestruturas da comarca As estradas, a subministración eléctrica e a telefonía fixa son as infraestruturas máis prexudicadas na co-
marca polos sucesivos temporais de chuvia e vento cos que comezou este inverno. A rede viaria xa non presen-
taba unha situación idónea e a meteoroloxía fai que moitos treitos empecen a ser intransitables. Nos apagóns
eléctricos tramítanse reclamacións. E o sector agrario avalía danos polo vento e as Páx. 3 anegacións.
DEPORTES
Entrevista co presidente do S.E. Abellá S.D.C. Páx. 19
TORDOIA
Roubos con vandalismo no campo de Santaia Páx. 7
FRADES
O Concello poderá gastar este ano todo o que ingrese
Longa vida ao vidro Xa funciona a planta de tratamento de vidro na Areosa
Páx. 6
COMARCA
Descontento no sector agrario co reparto da PAC
Páx. 15
Páx. 11
COMARCA
Rebaixas no comercio local despois dun Nadal modesto
Páx. 11
COMARCA
OPINIÓN
Páx. 10
Tribuna do profesor de Economía Fernando del Río
O último censo deixa 258 habitantes menos na bisbarra
Páx. 23
Crónicas - Xaneiro 2014
2
Actualidade TRAZO
COMARCA Remítenlle os seus proxectos á Deputación tras aprobalos nos plenos
O campo de fútbol de Trazo será dotado con céspede artificial coa axuda da Deputación
Os Concellos empregan o groso do plan de obras e servizos nas súas redes viarias
O campo de fútbol 11 de Trazo recibirá un investimento de 351.000 euros para a instalación de herba artificial no seu terreo de xogo. Esta actuación figura nun convenio de colaboración entre a administración provincial e o Concello, aprobado xa polo pleno da Deputación. En concreto, o ente provincial presidido por Diego Calvo achegará o 80% do custo previsto, preto de 281.000 euros. O 20% restante será asumido polo Concello de Trazo, gobernado por José Dafonte. A principal intervención do proxecto será a transformación do terreo de xogo, de 100 metros de lonxitude e 60 metros de anchura. Ao estar dotado con céspede artificial específico para a práctica deportiva, as instalacións poderán ser utilizadas de xeito intensivo e cun baixo custo de mantemento, xa que o material sintético non se deteriora tan rápido nin require os mesmos coidados que a herba natural. Ademais de instalar o céspede, a superficie do campo quedará sinalizada con marcaxes para partidos das modalidades de fútbol 11 e de fútbol 7. Tamén disporá de seis canóns de rego porque, aínda que pareza paradóxico, este tipo de campos necesitan achegas de auga tanto para manter o material limpo e en bo estado e garantir no máximo a súa duración como para evitar causarlles queimaduras aos xogadores durante os adestramentos ou as competicións. O proxecto tampouco esquece a dotación de porterías e de bandeiríns. Coa instalación deste campo de fútbol artificial, todos os municipios da comarca ordense contarán con cando menos unha infraestrutura deportiva deste tipo no seu territorio. Practicamente todas foron construídas durante a última década con apoio financeiro da Deputación da Coruña, algunhas dentro dun plan específico e outras mediante a sinatura de convenios de colaboración, como é o caso tracense.
Os sete Concellos da comarca ordense xa aprobaron os proxectos que queren financiar con cargo ao Plan de Obras e Servizos (POS) de 2014, que promove a Deputación da Coruña. A maior parte dos proxectos teñen que ver con arranxos e melloras nas redes viarias locais, aínda que tamén inclúen algunha contía importante para outros servizos básicos. En Cerceda, investirán uns 187.000 euros en dous proxectos de envergadura: o camiño do Carballal, desde A Baixa de Rodís ata a estrada entre Cerceda e Xesteda; e a sinalización e rebacheo na zona urbana de Cerceda e desde a estrada de Bos Aires por Virís ata o límite con Ordes. Para gasto corrente, o goberno optou por reservar uns 65.000 euros. En Frades, o gasto corrente levará 34.000 euros do plan. Os 162.000 restantes servirán para acometer pequenas obras de arranxo en diversas pistas das doce parroquias. Mesía reserva para gasto corrente uns 76.000 euros, mentres que a investimentos destina uns 148.000
euros, en proxectos que comprenden tamén o acondicionamento de múltiples pistas e camiños. En canto a Ordes, o goberno local asegura que investirá uns 421.000 euros, se ben o desglose de proxectos que ofrece supera os 435.000. A principal iniciativa será un sistema de bombeo na Brea e a construción de beirarrúas na Salgueira, na parroquia de Ardemil, beneficiada con 103.500 euros. Na parroquia de Ordes, destínanse 90.000 euros a camiños do Bidueiro, Lavandeira-Ceidón, Vila-Espenica, O Vilar ou A Cancela da Agra. Leira recibirá un investimento de 55.000 euros para a pista desde A Pedreira ata Meitufe e para obras en Codeseda, entre outras. Outras parroquias reciben menores contías: 36.000 euros en Parada para tubaxes na Grela e para arranxar as pistas de Carrillo e Mouro; 20.600 euros para unha tubaxe e a pista de Cercedo entre Beán e Pereira; 10.500 euros para a pista da Bouciña en Buscás; 12.000 euros en Lesta; 22.000 en Mercurín; 24.000 en Montaos;
20.000 en Pereira; 23.300 en Poulo; e 18.500 en Vilamaior. En Oroso, destinan os 263.000 euros do POS a investimentos. A obra con máis recursos será o adecentamento do vial da Altiboa, O Castro, Recouso e A Cruz de Folgoso (Marzoa). Tamén se acometerán melloras viarias e de saneamento en dúas rúas de Sigüeiro, e intervencións na rede viaria en Zan (Trasmonte), Senra, A Igrexa dos Ánxeles, O Piñeirón (Gándara), a Estación de Oroso e O Cruceiro (Oroso). O Concello de Tordoia empregará en gasto corrente 149.550 dos 249.250 euros do plan. Os restantes servirán para mellorar os camiños de Aboi (Viladabade) a Pedrasalgueira (Anxeriz), con 59.430 euros, e do Pousadoiro a Casas Novas (Anxeriz), con 40.270 euros. E Trazo, con 222.000 euros dispoñibles, reserva arredor dunha cuarta parte para gasto corrente, empregando o diñeiro restante en reparar, conservar e manter tramos de viais en todas as parroquias.
CERCEDA O transporte metropolitano suprime a saída de mediodía desde A Coruña
Unha frecuencia menos no autobús Os veciños de Cerceda perderon unha das frecuencias dos servizos de autobús que tiñan no transporte metropolitano. Trátase da que partía ás 13:15 horas desde A Coruña. A empresa concesionaria alegou que carecía de viaxeiros suficientes e a Xunta autorizou a súa supresión. Entre os veciños molestou moito a decisión, xa que se trataba dun servizo utilizado por varios deles sobre todo para acudir a consultas médicas. Nas últimas semanas tamén se alterou o horario e as condicións do autobús que regresaba desde a cidade pola tarde, pero finalmente segue saíndo ás seis desde a estación e non precisará ningún transbordo. Despois duns días aplicando os recortes previstos inicialmente, acordáronse os novos horarios do servizo nunha reunión da Xunta, repre-
Crónicas
Reunión sobre transporte entre a Xunta e os alcaldes de Cerceda, Cambre e Culleredo
sentada pola directora xeral de Mobilidade e a delegada provincial, cos alcaldes de Cerceda, Cambre e Culleredo, afectados polos cambios.
Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.
Cerceda mantén ademais a intención de crear unha liña interna ata a estación de tren para aproveitar as frecuencias do ferrocarril.
Se quere recibir Crónicas no seu correo electrónico de balde, pídao en cronicas.comarcadeordes@gmail.com
Crónicas - Xaneiro 2014
3
Actualidade COMARCA Queixas polos prexuízos derivados dos cortes no subministro eléctrico en varias parroquias
Os sucesivos temporais ocasionan danos nas infraestruturas da comarca A sucesión de borrascas moi activas coas que comezou este inverno puxo a proba as infraestruturas da comarca, que acumulan cuantiosos danos. Nas estradas, a situación xa era grave e as intensas chuvias non fixeron máis que empeorala. A N-550 dista moito de presentar as condicións que debería ter unha vía da súa categoría. O propio ministerio de Fomento admitiuno ao anunciar un investimento de urxencia de 292.000 euros entre A Coruña e Santiago, previsto para as vindeiras semanas. Tamén estradas autonómicas -algunha recén reparada- precisan un tratamento, e nas vías locais de toda a comarca incrementáronse os desperfectos puntuais, debidos a miúdo á falta de mantemento. A subministración eléctrica recolleu tamén numerosas queixas. Parroquias como Parada e Poulo, en Ordes, ou Gafoi e Galegos, en Frades, sufriron cortes continuos nos días de Nadal. Os dous Concellos ofrecéronse a canalizar as denuncias dos afectados. En Ordes, foi proposta so-
Persoal de Protección Civil de Oroso retira árbores caídas sobre unha estrada
cialista recollida polo goberno. En Frades, iniciativa do executivo. O alcalde deste último municipio, Roberto Rey, anunciou reclamacións ante Gas Natural-Fenosa e ante a Xunta. Asegura que “non lle estamos pedindo responsabilidades a Fenosa polo temporal, pero si pola súa falta de previsión”, xa que, segundo di,
sempre que hai mal tempo os cortes no servizo suceden nas zonas desa empresa, da que critica o servizo de atención ao cliente por “deficiente”. O vento motivou tamén prexuízos nas explotacións agrícolas e gandeiras, con invernadoiros e cubertas de naves afectados. Os sindicatos xa pediron medidas para paliar os danos.
O primeiro mes deste inverno trouxo un 63% máis de chuvia que o do pasado O primeiro mes do inverno 2013-2014 foi un 63% máis chuvioso que o mesmo periodo do invernio anterior, que xa fora moi xeneroso coa pluviometría. Desde o 21 de decembro de 2013 ata o 21 de xaneiro de 2014 recolléronse case 408 litros de auga por metro cadrado na estación que ten Meteogalicia na comarca. Entre o 21 de decembro de 2012 e o 21 de xaneiro de 2013 ese mesmo indicador situouse en 250. Non obstante, os maiores danos ocasionados pola meteoroloxía non os causou precisamente a chuvia, senón os intensos ventos que se produciron na zona durante varios días. Destacou a xornada de Noiteboa, a que máis cortes nos servizos de electricidade e de telefonía rexistrou, con refachos de vento de velocidades próximas aos 120 quilómetros por hora.
ENTREVISTA Natalia Barreiro Pazos, presidenta da Asociación de Comerciantes de Ordes (ACORDES)
“É rotundamente falso que ACORDES vaia pechar” - Como está de saúde a Aso- asociados? ciación de Comerciantes de Ordes - Si, a asociación non deixa de es(ACORDES)? Está garantizada a súa pertar interese e eso é algo moi posicontinuidade? tivo. Dende a Xunta Directiva consi- A saúde de ACORDES é boa, den- deramos que é necesario seguir loitro das súas posibilidades. E neste tando polos intereses do comercio sentido quero facer unhas aclara- polo miúdo e isto só o podemos concións. Nos últimos tempos estase seguir unidos e facendo unha fronte a especular con que ACORDES pe- común e unida. cha as súas portas. Con rotundidade - Neste sentido, que vantaxes ten podo afirmar, como presidenta da en- para o conxunto do sector comercial tidade, que esto non é verdade, baixo ordense dispoñer dunha asociación ningún concepto. Si é certo que algún forte e representativa? membro da Xunta Directiva deixa o - De cara ás institucións e orgaseu posto, por non poder adicarlle o nismos oficiais é moi importamte ter tempo suficiente, pero esto non sig- unha Asociación, xa que de maneira nifica o peche da individual o caso Asociación. “É necesario seguir loitando que nos farían se- Cal é o grao polos intereses do comer- ría nulo, e como de implicación Asociación podedos asociados cio polo miúdo e eso só o mos acadar alcoa entidade? podemos conseguir unidos” gunha das nosas - É bastante metas con maior bo. Si é certo que necesitamos máis facilidade. apoio por parte dos socios para levar - Contan con suficientes recursos adiante proxectos e manter a viabili- e apoios para acometer a súa actividade da Asociación. Dende aquí in- dade e novas iniciativas? vito ós socios a participar dunha ma- Nos tempos que corren é dificil neira aínda máis activa na Asociación manter unha asociación en funcionae a formar parte da Xunta Directiva. miento, xa que as axudas económicas - Estanse incorporando novos son practicamente inexistentes e in-
cluso o apoio non económico ás veces tamén é dificil de acadar. Dende aquí reinvindico ese apoio por parte dos distintos organismos públicos ao comercio. - En que cambiaría Ordes sen o sector comercial? - O sector comercial na nosa vila é moi importante, non só pola cantidade senón tamén pola calidade do mesmo atraendo a clientes doutras vilas doutros concellos. Eso dá idea da importancia que ten para o muni-
cipio o noso sector, tanto pola xeración de emprego como pola súa contribución á actividade doutros ámbitos da economía local. Ordes sería irrecoñecible sen o comercio. - Son tempos de moitas dificultades, pero non convén deixar de mirar o futuro con esperanza, non? - Certo. Aínda que estes tempos son difíciles, para todos os sectores económicos, debemos seguir loitando xuntos porque un pobo sen comercio perde boa parte da súa vida.
4
Crónicas - Xaneiro 2014
Actualidade CERCEDA
ORDES O PSOE trasládalle á Deputación a iniciativa, valorada en 175.000 euros
As instalacións de Sogama recibiron 3.000 visitantes durante o pasado ano 2013
Propoñen habilitar unha senda peonil entre Orellán de Abaixo e A Brea
Máis da metade son visitas escolares
As instalacións de Sogama en Cerceda remataron 2013 con 3.000 visitas. A empresa considera que se trata dunha “boa cifra, tendo en conta o actual contexto de crise económica, toda vez que son os propios colectivos os que deben sufragar o transporte ata a infraestrutura industrial”. Segundo os datos facilitados pola propia empresa, o público escolar supón a maior fracción de visitantes, algo máis do 55%. Séguenlle os universitarios, algo por riba do 18% do total, as visitas programadas por Concellos (case o 10%) e as doutros sectores sociais, que representan algo máis do 16%. Máis da metade dos visitantes (51%) procedían da provincia da Coruña, por razóns de proximidade, seguida de Lugo (18%), Pontevedra (16%) e Ourense (7%), e de fóra de Galicia. As visitas, que se adaptan a cada perfil e explican o funcionamento da planta, poden reservarse por teléfono ou na web de Sogama.
A Deputación terá que decidir se constrúe unha senda peonil entre Orellán de Abaixo e A Brea, nas inmediacións do Mesón do Vento, para mellorar a seguridade nun treito de 1,4 quilómetros na estrada provincial CP-2405. A petición ao entre provincial formuláronlla os socialistas de Ordes, a través do deputado provincial e alcalde de Mesía, Mariano Iglesias. O PSOE ordense xustifica a necesidade desta mellora na “elevada intensidade de tráfico da estrada”, que comunica a N-550 coa central térmica de Meirama, a planta de Sogama ou o polígono industrial de Cerceda, ademais de dar acceso á estrada desde Cerceda ata A Coruña. O portavoz dos socialistas de Ordes, Xesús Pedreira, lembrou que a petición desta obra xa fora aprobada por unanimidade do pleno municipal hai un ano, sen que fose atendida de momento.
Visita dos socialistas á zona onde piden que se emprace a senda peonil
A senda daríalle continuidade á beirarrúa que xa existe entre o Mesón do Vento e Orellán, emprazándose na marxe esquerda da estrada, en dirección Cerceda. Segundo os socialistas, precisaría un orzamento de
175.000 euros. Cunha anchura de 1,80 metros, chegaría practicamente ata a entrada da central térmica e contemplaría as canalizacións de recollida de pluviais, saneamento e demais servizos.
Sen visos de arranxo para a estrada do Aquapark Por outra parte, nada hai no horizonte que faga pensar no arranxo próximo da estrada entre Ordes e Cerceda, a través da parroquia de Mercurín, a coñecida como estrada do Aquapark. A obra, que depende dos fondos do plan Miner, xa foi comentada ata a saciedade nos plenos municipais ordenses. E tamén dela se fala en Cer-
ceda. A portavoz do BNG, Rocío da Igrexa, cualificou de “hecatombe” o estado do vial no tramo ordense, e considerou que “non podemos seguir agardando o diñeiro do Miner”. O alcalde de Cerceda, José García Liñares, coincidiu en que estrada está “moi mal”, pero precisou que se trata dun vial que depende do Concello de Ordes, que a “bachea de vez
en cando” pero “teñen máis ganas de cortala que de arranxala”, aprezou, destacando a boa relación co Concello veciño. García explicou que o proxecto se valorou nuns tres millóns de euros e que, pese ás peticións dos dous Concellos, a Xunta non accede a adiantar o diñeiro do Miner, dado que “ninguén asegura sequera que vaia haber eses cartos”, dixo.
¡¡¡Consúltenos!!! Presupuestos sin compromiso • Odontólogos Colegiados, Especialistas en Ortodoncia, Cirugía e Implantes • Prótesis Fija y Removible, Higienistas Colegiad@s, • Rx Digital Panorámica
ión a c a i c Finan edida su m
TELÉFONOS: 981 682 985 / 664 455 361 / 606 364 369 Mail: clinica@albertorama.es / Búscanos en Facebook
Crónicas - Xaneiro 2014
5
Actualidade ORDES O Goberno defende que é máis eficiente a contratación externa
ORDES
O PP reclama que os dous tractores municipais volvan usarse nos desbroces
Preocupación en Parada pola falta de avances na concentración parcelaria da parroquia
O vindeiro pleno municipal de Ordes abordará de novo a situación na que se atopan os dous tractores do Concello, parados desde hai varios anos e gardados nunha nave particular. Será mediante unha proposta do PP para “recuperar de inmediato” a súa “custodia” e volvelos utilizar para os desbroces de pistas. O principal grupo da oposición non ve de recibo que os tractores estean detidos mentres o goberno lle contrata os labores de limpeza e mantemento de cunetas a unha empresa por importe duns 120.000 euros anuais. O PP cre que destinar este diñeiro ao mantemento dos dous tractores municipais e poñelos a traballar con persoal do Concello permitiría “multiplicar a superficie desbrozada”. Por contra, coa contratación externa, observan que “moitos tramos da rede viaria municipal, especialmente as pistas de concentración parcelaria, queden sen desbrozar, co conseguinte deterioro e o incremento de risco de incendios na
Pista con necesidades de limpeza
época estival”. O portavoz do grupo municipal do PP, José Luis Martínez Sanjurjo, considera “evidente que a alguén lle interesa ter fóra de uso os tractores municipais, do mesmo xeito que se acredita que esta operación prexudica os veciños, que padecen a cotío as
consecuencias do deficiente mantemento da rede viaria municipal”, di. Xa nunha anterior sesión plenaria, nunha interpelación do BNG polo mesmo tema, o goberno municipal explicou que ten intención de reubicar os dous tractores en instalacións públicas en canto sexa posible. No seu día optaron por aloxalos nunha nave particular por falta de espazo. En canto á contratación externa dos desbroces, o executivo de Manuel Regos valorou que sae máis económica que o uso dos medios propios, polas frecuentes avarías dos tractores municipais e tamén pola falta de persoal suficiente no plantel do Concello. O PP, en cambio, cre que non reparar os tractores é unha decisión política “interesada” e nega que a súa antigüidade impida usalos “especialmente un deles, que presenta escasas horas de uso en comparación coa duración media deste tipo de maquinaria”, asegura, á vez que suliña que os dous tractores funcionando todo o ano manterían en bo estado os viais.
OROSO A remodelación do parque do Carboeiro custou 50.000 euros
Sigüeiro reestrea o parque infantil de maior tamaño do municipio Os veciños de Sigüeiro poden utilizar desde hai unhas semanas a remodelación do parque infantil do Paseo do Carboeiro. Trátase da área infantil de maior tamaño de todo o municipio, que para a súa posta ao día precisou dun investimento de 50.000 euros. A intervención foi financiada polo Concello e pola Deputación da Coruña. As obras consistiron en deixar atrás a superficie de xogo de area e instalar unha de caucho continuo na zona de xogos, un material co que agardan ter garantías óptimas de seguridade. O resto do parque recibiu un pavimento axeitado para o aire libre, cun material poroso capaz de resistir cambios de temperatura e sen gastos de mantemento. O parque recibiu tamén novos xogos e melloráronse algúns dos que xa existían, ademais de situar bancos para que as persoas que acoden cos nenos ao parque teñan onde sentar. No acto de inauguración, o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, enmarcou a renovación do parque in-
Acto de inauguración do parque infantil, situado no centro da localidade
fantil na súa “decidida aposta por incrementar e mellorar este tipo de instalacións no municipio”. Mirás explicou que “somos conscientes do gran número de cativos que temos e queremos que teñan os mellores espazos para xogar”.
Ademais do parque do paseo do Carboeiro, nos últimos meses o Concello de Oroso habilitou outros dous: un a carón da escola unitaria da parroquia de Oroso e outro ao lado da piscina municipal, situada tamén en Sigüeiro.
Veciños nunha charla do PSOE
A parroquia de Parada (Ordes) vive con preocupación a demora da súa concentración parcelaria, que leva varios anos sen avances significativos para a súa conclusión. Así o constatou o PSOE de Ordes nunha charla informativa organizada no lugar, á que asistiu o secretario xeral da agrupación local do partido, Xesús Pedreira, e o voceiro autonómico do PSdeG en Medio Rural, Pablo García. No encontro, ao que acudiron unhas sesenta persoas, os socialistas anunciaron que lle van propoñer á Xunta de Galicia que inclúa a parcelaria de Parada dentro dun conxunto de concentracións que se deben priorizar no conxunto de Galicia “en función do orzamento dispoñible, do seu grao de execución e da necesidade da xente que precisa as terras para a agricultura e a gandeiría”, en palabras do parlamentario García. O representante do PSdeG viu “desesperados” os veciños de Parada “non só polo retraso que acumula esta concentración senón porque teñen inmobilizadas as súas propiedades”. Segundo el, neste momento nin contan coas fincas orixinais nin coas que resultan da concentración: “están nun limbo sen definir, e eso é moi duro”, afirmou Pablo García. Pola súa parte, Pedreira coida que a Consellería do Medio Rural e do Mar ten que rematar a concentración parcelaria “porque é moi necesaria”. O concelleiro ordense remarcou que lle pedirán ao goberno autonómico “que indique prazos para finalizar esta parcelaria”. Segundo el, en Parada levan “moitos anos” nesta situación, despois do “impulso importante durante o goberno bipartito” e sen que desde entón se fixese “nada”, asegura. Pedreira chama tamén a atención sobre as pistas de concentración: “xa están feitas e, como xa temos denunciado os socialistas de Ordes, estanse deteriorando cada día máis.
6
Crónicas - Xaneiro 2014
Actualidade TRAZO
FRADES Os orzamentos do Concello para 2014 ascenden a 1,9 millóns de euros
O concelleiro socialista Eugenio Pazos presenta a súa dimisión alegando motivos laborais
Rey endereza as contas e Frades poderá gastar este ano todos os seus ingresos
José Ángel Boquete, novo edil
O grupo socialista de Trazo sufriu unha baixa nas súas filas. O concelleiro Eugenio Pazos presentou a súa dimisión alegando “motivos laborais”, ao non poder compaxinar o traballo coas súas funcións como edil. A renuncia á acta xa foi recoñecida polo pleno municipal. O relevo de Pazos Beiroa vai ser José Ángel Boquete Regueiro, veciño da parroquia de Campo. Beatriz Domínguez, secretaria xeral dos socialistas de Trazo, agradeceu o “traballo” do ex edil.
Euro que se ingrese, euro que poderá ser gastado. Esta é unha das principais diferencias entre os orzamentos do Concello de Frades deste ano e os do exercicio anterior. En 2014 contémplanse 1.917.000 euros, tanto nos ingresos como nos gastos, mentres que en 2013 se estimaran uns ingresos de 1.512.000 euros limitando os gastos a 1.380.000 euros. As contas, aprobadas coa abstención da oposición, retoman así o equilibrio. Non obstante, o alcalde, Roberto Rey, matiza que “o ano pasado axustamos de máis e houbo máis ingresos [dos previstos] tanto do Estado como da Deputación, que prevemos manter este ano”. Aí explica os incrementos, inicialmente sobre o papel, de 405.000 euros en ingresos e 370.000 en gastos con respecto ao ano anterior. O único gran capítulo de gasto que detallou o Concello foi o dos investimentos. Suma 765.000 euros e nel inclúen achegas de distintos plans e subvencións doutras administracións. Sobre os gastos en persoal, o
Sesión plenaria na que se aprobaron os orzamentos para 2014
Concello só asegura que diminúen en 26.000 euros. O crédito para asumir o plan de pago a provedores pasa de 19.000 a 29.000 euros. O alcalde indicou que están á espera de saber se os remanentes de 2012 e 2013 teñen que destinarse integramente a amortizar a débeda ou poden utilizar unha parte para obras. Rey observa un “carácter so-
cial” nos orzamentos, que explica en 17.000 euros máis para Axuda no Fogar e na suba da partida de emerxencia social, de 1.000 a 8.000 euros. Por outra parte, o goberno anunciou que sucumbirá ante o incremento do canon de Sogama, previsto de marzo en diante. Reservan 10.000 euros para esa suba, que de momento non se traslada ás taxas.
Crónicas - Xaneiro 2014
7
Actualidade TORDOIA O Concello pídelle á Garda Civil “máis vixilancia na zona” para disuadir
MESÍA
Roubos vandálicos no campo de Santaia
A Deputación asume o 80% do custo da actividade do complexo das Brañas da Valga
O campo de fútbol de Santaia (Tordoia) foi obxecto hai uns días dun roubo moi destructivo. Ademais do material que levaron, tanto da propia infraestrutura como elementos deportivos, hai que ter en conta todo o que romperon. Os efectos achéganse máis aos dun virulento temporal que aos dunha acción humana. A maioría dos destrozos foron feitos para entrar nas dependencias ou extraer materiais, pero outros semellan puro vandalismo. Os vestiarios perderon moitas das tubaxes, as uralitas de distintos compartimentos quedaron feitas anacos, todo aquelo que tivese cables quedou inutilizable, non será doado que algúns dos paneles solares para quentar a auga teñan unha segunda vida, dos termos pouco máis quedou que a apariencia... A lista de danos é cuantiosa. O Concello valorounos nuns 15.000 euros e agarda acometer as reparacións en febreiro. Pero ademais dos danos económicos, están os morais, o desánimo entre as entidades deportivas que ven como se dilúe en cuestion de horas todo o que tanto esforzo e traballo lles costou acadar. O club de fútbol
O Concello estima os danos causados nuns 15.000 euros (Fotos: S.D. Tordoia)
de Tordoia, que confirma que non é o primeiro roubo similar nese campo nos últimos tempos, ve moi afectada a súa economía con estes sucesos e laiase de quedar practicamente sen recursos para incentivar o deporte de base. Animaron aos demais equipos da comarca a difundir e denunciar todos os roubos que se produzan nas súas instalacións, para contribuír
a dar cos autores. Neste sentido, o Concello de Tordoia tamén lamentou o roubo “tanto polo material extraído como polos danos ocasionados”. O goberno tordoiés manifestou “a necesidade de máis vixilancia por parte da Garda Civil na zona” para detectar calquera movemento sospeitoso ou cando menos exercer un efecto disuasorio.
A Deputación da Coruña achegará uns 45.000 euros para financiar as actividades da Aula da Natureza e Museo Etnográfico das Brañas da Valga (Visantoña). Así figura nun convenio de colaboración, xa aprobado, que asinará co Concello de Mesía. A cantidade supón o 80% do investimento total, valorado en 56.342 euros. O orzamento estímase para os cursos de cerámica, conferencias, charlas e obradoiros, pero sobre todo para a conservación e mantemento das instalacións, o pintado das aulas, os traballos de albanelería, a alimentación e repoboación da fauna, e os gastos de material e electricidade. O acordo de colaboración entre as administracións provincial e local inclúe tamén o financiamento dos gastos de persoal de xardinería para as instalacións, que dispoñen de zonas verdes e un parque biosaudable na contorna dunha lagoa, e dun monitor para as actividades de tempo libre.
Crónicas - Xaneiro 2014
8
Actualidade ORDES
COMARCA A oposición fala de medida indigna e o PP nega a súa repercusión
Piden explicacións polo gasto de máis de 21.000 euros no novo reloxio da Casa do Concello
En cuestión o dereito á Sanidade para quen emigren máis de tres meses
O PP de Ordes vaille pedir explicacións ao goberno no próximo pleno municipal sobre o custo do novo reloxio instalado na torre da Casa do Concello. Segundo o principal grupo da oposición, o executivo aprobou recentemente a factura desta instalación, por un importe de 21.766,69 euros. Para os conservadores, este gasto do equivalente a tres millóns e medio de pesetas supón un exceso e “o enésimo despropósito das obras de remodelación do vello consistorio”. Aproveitan para lembrar os problemas de “seguridade estrutural” que tivo este edificio durante as obras, na súa opinión “mal planificadas”. José Luis Martínez Sanjurjo, portavoz do PP, acusa ao alcalde de efectuar gastos deste tipo en crise e “desatender servizos básicos”. A petición de explicacións será de toda a obra do novo edificio e do antigo e non só do reloxio, do que ademais critican que a minúdo non deixa ver ben a hora.
Os milleiros de persoas que tiveron que saír á busca de emprego no estranxeiro, deceas deles da comarca, estrearon 2014 coa preocupación de perder a cobertura da Sanidade pública cando regresen a España. O motivo está nunha disposición normativa do goberno central, en vigor desde o 1 de xaneiro, que fixo saltar as alarmas e derivou en interpretacións contrapostas. O texto di literalmente que “a efectos del mantenimiento del derecho de las prestaciones sanitarias en las que se exija la residencia en territorio español, se entenderá que el beneficiario de dichas prestaciones tiene su residencia habitual en España aún cuando haya tenido estancias en el extranjero siempre que éstas no superen los 90 días a lo largo de cada año natural”. Dito doutra forma, quen se despracen máis de tres meses fóra de España quedarán excluídos da cobertura sanitaria. A medida causou numerosas críticas dos partidos da oposición e de entidades sindicais e so-
ciais. Os gobernos andaluz e asturiano mesmo anunciaron que non a aplicarían. Ante esto, o Ministerio e o PP saíron á palestra para negar os efectos da medida e introducir numerosos matices na interpretación. Juan Moreno, o deputado do PP que defendeu a medida no Congreso, indicou que se trata principalmente de regular a situación de estranxeiros da Unión Europea que traballaron e cotizaron en España, perderon o seu emprego e regresaron ao seu país de orixe, mantendo alí indefinifdamente a prestación a costa do erario español. Non afectaría, di o PP, nin a xóvenes que estuden fóra nin a españois que viaxen por turismo. Sen embargo, para a oposición a norma é moi clara e non dá cabida a todos os matices que quixo introducir o PP, xa que o texto non fai distinción entre cidadáns españois e estranxeiros. Marisol Soneira, portavoz de Emigración do grupo socialista galego, esixiu a retirada urxente da disposición por “indigna”. Segundo explica,
COMARCA
Os socialistas de Tordoia e de Cerceda súmanse á iniciativa de recuperar o proxecto de Vía Verde
COMARCA COMARCA
A Mancomunidade pide axuda para o seu servizo de emprego
Reunión do PSdeG-PSOE en Ordes
Os grupos socialistas de Tordoia e de Cerceda súmanse á iniciativa xa lanzada polos seus compañeiros de formación en Santiago, Oroso e Ordes para retomar o proxecto de Vía Verde de Santiago ata Cerceda, recuperando para uso lúdico e turístico o antigo trazado ferroviario. É o principal resultado dunha reunión do partido, á que polo PSOE de Tordoia acudiu Carlos García e polo de Cerceda Begoña Rodríguez. A petición, dirixida a ADIF, inclúe a desafección dos bens ferroviarios en beneficio dos Concellos e será trasladada ás próximas sesións plenarias das súas corporacións.
equival a “tratar aos emigrantes galegos como estranxeiros no país de acollida e como inmigrantes no seu propio país”. Soneira coida que os emigrantes sofren o doble castigo dun goberno que “os obriga a emigrar pola súa incapacidade” de ofrecer alternativas laborais e que ademais lles retira un servizo tan básico. Os socialistas emprazaron á Xunta a manter a asistencia sanitaria a todos os galegos que retornen, sen ningún límite temporal de residencia no estranxeiro, en idénticas condicións a quen residen en Galicia. Desde a Xunta informaron de que as persoas que emigren e traballen fóra terán cobertura sanitaria do estado onde se desprazaran. E no caso de que regresen terían que solicitar de novo a tarxeta sanitaria española. A oposición insiste en cambio en que a medida, tal como está publicada no BOE, afecta a todos os españois que pasen máis de tres meses no estranxeiro e aínda que regresen non recuperarán a cobertura sanitaria ata que atopen emprego.
Representantes municipais no pleno da Mancomunidade de Ordes
A Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes solicitaralle á Xunta unha subvención para manter o seu servizo de información, orientación e prospección laboral. A petición aprobouse no pleno da entidade do mes de xaneiro. A Mancomunidade indica que o servizo leva ano e medio prestándose nas dependencias dos baixos
da Alameda ordense. Del encárgase un técnico especializado, que cada mes atende unhas duascentas persoas. O outro contido que trascendeu da reunión dos representantes municipais foi a posta en marcha de diversas iniciativas de promoción da lingua galega en ámbitos sociais, deportivos e empresariais.
O día 31 remata o prazo para inscribirse na campaña de esquí da Deputación da Coruña Os distintos Concellos da comarca manteñen aberto ata este vindeiro venres 31 de xaneiro o prazo para solicitar praza na campaña de esquí impulsada pola área de Deportes da Deputación da Coruña. A campaña consiste en estadías de fin de semana na estación invernal de San Isidro, en León. Poden participar nenos e nenas que naceran nos anos 2000, 2001, 2002 ou 2003. O prezo da actividade é de 36 euros, dado que a administración provincial financia a maior parte dos gastos. Están incluídos o transporte, o aloxamento e a manutención, as clases de esquí, os seguros, o aluguer do material e diversas actividades programadas. Cada Concello dispón dun número limitado de prazas na campaña, de maneira que se as peticións que se reciban exceden a oferta dispoñible terán que asignalas nun sorteo público que se deberá celebrar ante o secretario de cada corporación municipal.
Crónicas - Xaneiro 2014
9
Actualidade CERCEDA Sogama asegura que lle permitirá un beneficio económico de 450.000 euros anuais
A nova planta de tratamento aumenta un 80% a reciclaxe de vidro en Galicia A nova planta de recuperación de vidro da Areosa (Cerceda) permitirá incrementar nun 80% a reciclaxe dese material en Galicia, pasando de 38.000 a 60.000 toneladas anuais. Nesa cifra a Xunta inclúe a “eliminación progresiva” do que denomina “acopio histórico acumulado en Sogama desde hai unha década”. Na posta en marcha das instalacións, pertencentes á empresa Daorje MedioAmbiente, S.A.U., o conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, afirmou que “lodo de diversos intentos desde comezos dos anos 2000, por fin é este Goberno o que consegue unha solución a un problema histórico grazas ao acordo con Ecovidro e Daorje”. A planta, que xerou oito empregos contando tamén as instalacións de Verín, ten como principal obxectivo recuperar o vidro depositado na bolsa negra. Xunto co beneficio ambiental, para Sogama suporá un “importante beneficio económico”, tal como recoñece a Xunta. Estímase nuns 450.000 euros anuais.
O conselleiro, atendendo ás explicacións sobre o funcionamento da planta
Hernández aproveitou o acto para “animar a todos os Concellos” a incrementar as cifras de recollida selectiva, de vidro, de plástico e de cartón. O conselleiro indicou que lles permitirá un beneficio económico. Ademais do conselleiro, á posta
en servizo da planta acudiron o presidente do Grupo Daorje, José Manuel Muriel; o alcalde de Cerceda, José García Liñares; o secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Justo de Benito; e o presidente de Sogama, Luís Lamas.
Piden a colaboración cidadá coa meta de ser a cuarta autonomía en reciclaxe de vidro A activación das instalacións da Areosa debería converter a Galicia, dentro duns anos, na cuarta autonomía no ranking nacional de quilos de vidro recuperado por habitante. Polo de agora está máis ben no furgón de cola, xa que en 2012 ocupou o duodécimo posto. O conselleiro fixo fincapé na necesidade de cumprir os obxectivos marcados pola Xunta no seu propio Plan de Xestión de Residuos e asegurou que se precisa “a colaboración dos cidadáns para seguir reducindo as achegas ao vertedoiro de Sogama e incrementar as taxas de reciclaxe”. Das vantaxes de recuperar o vidro, o goberno autonómico sinala a diminución da contaminación no aire ao ter que usar menos combustible para fabricar envases ou o aforro de enerxía e materias primas.
Comienza el posgrado universitario XEMTE Ya ha comenzado a impartirse el Posgrao Universitario en Especialización en Xestión Empresarial e Tecnoloxía, XEMTE. La sesión inaugural corrió a cargo de Juan Carlos Bugallo, Director Gerente de la Fundación Universidade da Coruña, y de Víctor Carneiro y Manuel Garrido, Director Académico y Coordinador de XEMTE, respectivamente. El acto contó con la participación de representantes del mundo empresarial gallego, de la UDC y del equipo que conforma el posgrado. Una palanca de cambio para la mejora de la gestión empresarial El principal objetivo de XEMTE es la formación de expertos en tecnología que interioricen la realidad de la empresa, adquiriendo las habilidades necesarias para su mejor crecimiento profesional. En este posgrado participan personas, empresas, profesores, la UDC e instituciones, dando como resultado la plataforma integradora XEMTE, una comunidad impulsora y motor de una transformación en los modelos de formación y desarrollo profesional de los alumnos, futuros profesionales comprometidos con el cambio. Más información en: http://xemte.org/ En XEMTE se cuenta con la participación de grandes empresas que buscan favorecer la creación de este nuevo modelo educativo. Son nombres como Emetel, Altia, Banco Etcheverría, Telefónica, Reganosa, Emalcsa o Cofrico, que contratarán a los alumnos apostando por el desarrollo y el innovador concepto de este posgrado. Junto a
la Universidad, profesorado y alumnos, se formará la comunidad XEMTE, un paso adelante hacia la educación colaboradora, práctica y enfocada a potenciar las habilidades del alumno. Incorporación a las empresas asociadas: el futuro del alumno Según Víctor Carneiro, Director Académico de XEMTE, “los alumnos con formación en el ámbito técnico que salen de la Universidad tienen unos excelentes conocimientos, pero en ocasiones les falta complementarlos con conocimiento de la estructura organizativa y de gestión de la empresa”. La sesión inaugural concluyó con la conferencia ‘Sistemas de información. Ventajas competitivas’, de Vicente Sorlí, Director de Consulting de Excelia y Director del programa Executive MBA en la Universidad Europea de Valencia, referencia internacional en el desarrollo de consultoría en estrategia, organización y procesos. En el transcurso de la misma destacó que “la estrategia no es más que el sentido común que nos permite transformar los conocimientos que tenemos en unos resultados sostenibles para las compañías”. “La competencia -añadió Sorlí- es destructiva y tenemos que conseguir que el conocimiento que tenemos de nuestra compañía nos ayude a innovar encontrando nuevas ventajas competitivas que nos permitan ser más atractivos para el cliente. No nos podemos quedar esperando a que las cosas cambien”.
Sobre XEMTE XEMTE está dirigido a ingenieros técnicos, grados e ingenieros en Informática, Telecomunicaciones o Industriales, Grados y licenciados en Ciencias Físicas o Matemáticas, así como a profesionales que reúnan los requisitos para cursar estudios universitarios y acrediten un desempeño profesional acorde. Y cada año supondrá una oportunidad para un grupo máximo de 20 alumnos, ya que tendrán la oportunidad de incorporarse a una de las empresas asociadas a su programa. Pensando en los alumnos, desde la organización de XEMTE se ofrecen facilidades en la financiación para evitar que el factor económico sea un obstáculo a la hora de sumarse al curso. Clases magistrales, mesas redondas, casos reales, visitas a empresas, laboratorios… La metodología de XEMTE es eminentemente práctica, en ella se implican profesionales de las empresas más innovadoras, laboratorios en los que experimentar, proyectos de trabajo colaborativos, casos reales y muchas más herramientas e iniciativas en las que se aplicará la tecnología a los procesos de la empresa. Con este sistema se fomenta la participación y la potenciación de las capacidades del alumno, ya que sobre él gira XEMTE.
Crónicas - Xaneiro 2014
10
Actualidade
Flacidez Levantamiento de senos Levantamiento de glúteos Eliminación de varices Puntos rubí Gimnasia pasiva Lifting y arrugas Fotorejuvenecimiento Acné Manchas Cuperosis Bolsas y ojeras Presoterapia Hidrolinfa Plataforma vibratoria Solarium
Avda. de La Coruña, 24 CERCEDA
981685171 - 610794823
A poboación nacida fóra de España roza o 7% e concéntrase nas zonas máis urbanas A poboación nacida fóra de España que reside no comarca equival ao 7% do total, sen experimentar grandes variacións nos últimos meses. Do total de 38.153 habitantes rexistrados a comezos de 2013, só 2.656 naceron fóra do país. E só 1.034 carecen de nacionalidade española, o 2,7% do total. É nos municipios máis urbanos onde se concentra unha maior desta poboación, xa que case o 10% dos residentes en Oroso ou o 8,5% dos residentes en Ordes naceron fóra de España, mentres que en Frades ou en Mesía a proporción ronda o 2%. En Cerceda móvese en preto do 8% e en Tordoia e Trazo no 4%. Por países de nacemento estranxeiros, o máis abundante é Venezuela (260), seguido de Portugal (218), Colombia (168), Romanía (159), Reino Unido (157), Brasil (151), Arxentina (139), Marrocos (136), Uruguai (131) e Alemaña (109).
COMARCA Oroso é o único municipio que gaña poboación no reconto do INE
O último censo revela a perda de 258 habitantes na comarca en só un ano A comarca de Ordes intensifica a perda de poboación iniciadaen 2009, tras uns anos medrando. O conxunto dos sete municipios (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo) rexistra 38.153 habitantes a 1 de xaneiro de 2013, no censo que fixo público o Instituto Nacional de Estadística (INE) hai uns días. Son 258 menos que un ano antes (inicio de 2012), cando se computaban 38.411. No exercicio anterior perdera 272 residentes, e nos previos 51 e 98. O declive demográfico coincide cos anos máis duros da crise económica, primeiro coa marcha de numerosos inmigrantes que viñeran traballar á bisbarra e despois con cidadáns orixinarios da zona que fan as maletas á procura de oportunidades laborais, ás veces nas cidades pero cada vez con maior frecuencia fóra das nosas fronteiras. Sumado á escasa natalidade, o resultado é unha poboación cada vez máis avellentada. Nos sete municipios, os menores de trinta anos son 7.313 e os maiores de sesenta elévanse a 11.783.
EVOLUCIÓN DO CENSO DE POBOACIÓN 2012 - 2013 (fonte: INE) CERCEDA 5.318 5.265 -53 FRADES 2.566 2.509 -57 MESÍA 2.879 2.849 -30 ORDES 12.963 12.939 -24 OROSO 7.328 7.431 +103 TORDOIA 3.924 3.817 -107 TRAZO 3.433 3.343 -90 TOTAL 38.411 38.153 -258 MENOR PUXANZA URBANA Deste xeito, incluso a puxanza das zonas urbanas, claramente perceptible en anos anteriores, tende agora a esvaecerse. De feito, Ordes, cabeza da comarca e o municipio máis urbanizado, perdeu poboación no último reconto do INE. Son unicamente 24 residentes oficiais menos, pero seguen deixando o concello ás portas dos 13.000 cidadáns censados. Só Oroso mantén o dinamismo, grazas á capacidade de atracción de residentes da súa capital, Sigüeiro, beneficiada pola proximidade a Santiago e tamén polo desenvolvemento do seu polígono industrial. A come-
coorudene sels o
Muebles de Cocina Fuente Estrey, s/n Tel: 981 68 83 29 Móvil: 629 808 796 couselo cocinas@telefonica.net
15680 ORDES A Coruña
Electrodomésticos Alfonso Senra, 116 Tel: 981 68 08 09
zos de 2013 tiña 103 habitantes máis ca un ano antes, na liña dos 154 que xa gañara no cómputo precedente. Nos demais municipios, o último censo permitiría distinguir dous grupos: os que perden poboación e os que perden moita poboación. No primeiro situaríanse Cerceda (53 persoas menos), Frades (perda de 57) e Mesía (decrece 30). O segundo grupo queda para Tordoia e Trazo. Se ben son concellos con máis poboación absoluta que Frades e Mesía, en termos relativos a súa perda de poboación segue sendo maior. Tordoia minguou en 107 habitantes no último censo e Trazo en 90.
Crónicas - Xaneiro 2014
11
Economía COMARCA ACES e ACORDES cren que a tempada non cumpriu expectativas
COMARCA
O comercio local aposta polas rebaixas tras unha campaña de Nadal modesta
Área Santiago leva a súa promoción turística a internet co lanzamento dun novo portal web
O comercio local, un sector económico que na comarca ten unha enorme importancia nas poboacións de Ordes, Sigüeiro e Cerceda, intensifica estes días as rebaixas, con prezos moi interesantes e a excelente calidade de sempre. Faino tras unha campaña de Nadal modesta, que non cubriu todas as expectativas, tal como confirman os responsables das asociacións comerciais. A presidenta da Asociación de Comerciantes de Ordes (Acordes), Natalia Barreiro, atribúe as vendas limitadas á situación económica, con moito desemprego e inseguridade laboral, e tamén á mala meteoroloxía que imperou nos días clave para as compras de Nadal. O seu desexo é que o panorama se despexe para que o sector comercial poida relanzarse. A directiva da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sigüeiro (ACES) tamén motiva na crise o resultado modesto da campaña. Pero a eso engade que lles faltaron máis medios de promoción. Igual que no Nadal 2012-2013, viron un “lixeiro
Presentación do portal en Santiago
Clientes premiados na campaña de Nadal promovida por Acordes
repunte” por Reis e “pouca actividade” nos días de Papá Noel. En todo caso, ACES amósase satisfeita co mantemento de actividades como Papá Noel laranxa ou o sorteo de vales de compra. Destaca o esforzo dos asociados, do comercio e do Concello, que permitiu “transmitir unha imaxe positiva do comercio local e colaborar modestamente á cele-
bración navideña”. Agradece o labor de todos eles, e especialmente a confianza dos clientes. ACES, que na súa última reunión tratou a “necesidade” de renovar a súa directiva, anticipa, como próximas iniciativas, campañas de captación de asociados, máis promoción en redes sociais e a creación da tarxeta do comercio local de Oroso.
COMARCA A Xunta afirma que “en liñas xerais” Galicia manterá as achegas
O sector cre que a nova PAC manterá as inxustizas no reparto das axudas O acordo para fixar os criterios cos que se aplicará a Política Agraria Común (PAC) ata 2020 causou un forte desagrado nas principais entidades sindicais do sector en Galicia, mentres que a Xunta defendeu as súas negociacións e salientou que “en liñas xerais” Galicia manterá as achegas que viña recibindo. A principal clave das negociacións foi definir quen é agricultor activo e quen non é, e por tanto quen pode recibir as axudas e quen non. Finalmente, o ministerio decidiu que será a persoa ou empresa que teña polo menos un 20% dos seus ingresos procedentes da actividade agraria. A conselleira do Medio Rural, Rosa Quintana, considera “moi valente” esta decisión e cre que permitirá que as axudas non cheguen a “determinados personaxes que as estaban cobrando sen manter unha actividade económica que repercuta nun beneficio para o territorio”. Sen embargo, o Sindicato Labrego Galego observa “a todas luces insuficiente” que ese umbral se situase só
Reunión da conferencia sectorial de agricultura que abordou a PAC en Madrid
no 20%. Coida que dous terzos dos perceptores destas axudas “seguirán sen ter relación coa actividade agraria” e que se manterán inxustizas como que o 16% dos beneficiarios leven o 75% dos cartos repartidos. Unións Agrarias refírese a estes casos como “agricultores de sofá”. Trátase por exemplo de terratenen-
tes como a Casa de Alba ou grandes empresas. Para este sindicato, é resulta “inmoral” que en esencia se manteña o mesmo esquema na PAC. Os sindicatos lamentaron que non se aproveitase para apoiar a quen realmente manteñen activo o agro. Medio Rural prometeu compensar o sector leiteiro cos pagos acoplados.
Área Santiago, o grupo de dezanove concellos da contorna de Compostela que traballa na promoción turística conxunta e que na comarca ordense inclúe a Oroso e a Trazo, acaba de presentar o seu portal web www.areasantiago.es. O novo espazo en internet reúne a información turística dos municipios participantes. No acto de presentación, ao que non asistiron representantes nin de Oroso nin de Trazo, o alcalde de Santiago, Ángel Currás, explicou que a nova web “é só unha parte dos traballos visibles” que desenvolve este grupo de Concellos desde a súa creación en marzo do ano pasado. O obxectivo é que o territorio que abranguen, con quince municipios da provincia da Coruña e catro da de Pontevedra, se presente ante o mercado turístico dunha forma conxunta, para gañar en visibilidade e facer que a presenza na rede beneficie a todos os recursos e atractivos dunha das zonas de maior movemento de visitantes de toda Galicia. Contidos A páxina ofrécese en galego, castelán e inglés. Caracterízase por ofrecer todos os recursos da área xeolocalizados e con mapas. Ademais dun menú temático, facilita a navegación cun buscador por concellos e coa navegación por etiquetas. Entre os seus contidos, destacan os vídeos, a sección de descargas de folletos e de fotos ou unha axenda cultural que se difunde automaticamente nas redes sociais. Con todo, o principal é a información turística clásica sobre monumentos, espazos naturais, festas, zonas adaptadas para autocaravanas, aldeas con encanto, Camiños de Santiago e suxerencia de itinerarios. Desde www.areasantiago.es tamén se poden efectuar reservas en liña a través da Central de Reservas Local.
12
Crónicas - Xaneiro 2014
xente daquí
Tarifa plana para empresas:
30 euros / mes Dr. Teixeiro 13, 3º - 15701 SANTIAGO Telf: 881 97 83 70 - pilar-leis@leis-negocios.com
www.leis-negocios.com OROSO
TORDOIA
Celébrase o Torneo de FIFA 13 das Xuventudes Socialistas de Oroso
Veciños de Tordoia pérdenlle o medo á informática nos cursos convocados polo Concello
As Xuventudes Socialistas de Oroso desenvolveron un Torneo do videoxogo FIFA 13 no Centro Cívico de Sigüeiro, que contou coa participación de máis de trinta xogadores de todas as idades, distribuídos en categorías infantil (ata trece anos) e sénior (maiores de trece anos). En sénior gañou Alberto Rodríguez e Alejandro Rama foi segundo. En infantil o primeiro e o segundo postos correspondéronlles a Alberto Fernández e Rubén Feijoo. Os premios consistiron en videoxogos. As Xuventudes Socialistas doaron o diñeiro das inscricións desta primeira edición do torneo para a excursión a Roma do alumnado de cuarto curso da ESO do IES de Oroso.
CURSOS CONCELLO DE TRAZO Máis información no Concello de Trazo ou no 981 68 90 01 www.concellodetrazo.es
O Concello de Tordoia clausurou recentemente novas entregas dos seus cursos de informática, pensados para familiarizar os veciños cos coñecementos básicos na materia e afacelos ao manexo elemental do ordenador. As buscas en internet, a utilización do correo electrónico, os programas de uso máis habitual ou a introdución ás redes sociais foron algúns dos contidos máis destacados do curso, co que o alumnado se amosou satisfeito, sobre todo por facilitarlles “perder o medo” á informática. No acto de clausura participaron Amadeo Cancela, tenente de alcalde, e o profesor David Silveira.Xa se convocaron novos cursos.
PATCHWORK EMBUTIDO Data de comezo: 06-03-2014 Data de finalización: 24-04-2014 Horario: xoves, de 18:00 a 19:30 h. Duración: 8 semanas (12 horas) Prezo: 20 € por curso Material: NON INCLUIDO. Farase con reciclado de teas e haberá que pagar 6 € a maiores ao docente para o material. Destinatarios: EMPADROADOS/AS NO CONCELLO DE TRAZO MAIORES DE IDADE. Debe xuntarse un grupo de 15 participantes para levar a cabo o curso. Prazo para anotarse: do 15 de xaneiro ao 15 de febreiro. Prazo para pagar a taxa: do 15 de febreiro ao 5 de marzo.
Patchwork embutido. Técnica derivada do patchwork na que non se cose, senón que se utilizan as telas para facer composicións artísticas Organiza:
Concello de Trazo
Crónicas - Xaneiro 2014
13
xente daquí TRAZO O Concello activa con boa aceptación as clases de arte floral, bailes de salón, cociña e informática
Os veciños aproveitan o tempo libre con cursiños
Ao curso de arte floral, que rematará en marzo, acoden 17 persoas
O curso de bailes de salón suma 16 participantes e aínda ten prazas dispoñibles
No curso de cociña participan 33 persoas en dúas quendas. Son 30 horas de clases que rematarán o 12 de maio. Espertou tanto interese que existe lista de agarda.
Camión do lixo
Lavado de rúas
Camión basura
Transporte de residuos
GRUPO
Camión RSU
Tractor desbroce
Portobrea nº 3. Queixas - 15186 CERCEDA Oficina: 981 693 072 / 639 200 204 - correo@grupocercedasol.es Taller: 981 693 026 / 608 982 888 - www.grupocercedasol.es
Movemento de terras
Xestión de punto limpo
Camión lavacontedores
Barredora
Crónicas - Xaneiro 2014
14
xente daquí OROSO
COMARCA
Gañadores do concurso de postais con mensaxe
O protagonismo do Nadal, para os máis pequenos
Mirás entrega o premio a Laura
As gañadoras do concurso de postais de Nadal con mensaxe de Oroso foron Elba Blanco (categoría de 4 a 6 anos), Laura Hermida (7-9) e María José Rodríguez (maiores de 14). A categoría de 10 a 13 anos foi declarada deserta. Entregaron os premios o alcalde e o concelleiro de Cultura.
Visita dos paxes reais ao colexio Castelao de Ordes, para tomar boa nota das peticións do alumnado
A Casa da Cultura de Ordes serviu de escenario para o festival da escola infantil Pequelúa, que incluiu Belén Vivinte
Papá Noel agasallou con lámpadas de lectura en Cerceda
Os paxes reais e Papá Noel, no CPI da Ponte Carreira
ORDES
Imaxinación, azucre e pequenos mandilóns
COMARCA Obradoiro de doces de Nadal
Os cativos que participaron no obradoiro de repostería navideña de Ordes prepararon monecos de neve feitos con bólas de coco e leite condensado, piruletas e madalenas de galletas de chocolate, entre outras delicias.
Música popular durante as celebracións
ORDES
Un Belén de máis de corenta metros cadrados Festival de corais na igrexa parroquial de Ordes
Concerto de corais en Sigüeiro (Oroso)
O Belén recibiu múltiples visitas
O Belén instalado na Igrexa de Santa María de Ordes foi un dos máis atractivos da comarca, ao ocupar uns corenta metros cadrados. Das súas máis de cen figuras, preto de sesenta tiñan movemento. Incluía saltos de auga, muíños e iluminación.
Quinta edición do concerto de panxoliñas no centro cultural de Sigüeiro, ao que asistiron douscentos espectadores
Crónicas - Xaneiro 2014
15
xente daquí OROSO
OROSO
Moita diversión para todos no Festival de Nadal do Colexio Rural Agrupado de Oroso
A campaña para mercar agasallos para nenos de familias sen recursos recada un 25% máis
O xa tradicional Festival de Nadal do Colexio Rural Agrupado (CRA) de Oroso ofreceu moita diversión para os 43 nenos das catro escolas que o compoñen -as de Deixebre, Senra, Trasmonte e Vilacide- e para os numerosos familiares que acudiron a velos no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro. O evento contou con actuacións de contacontos, obras de teatro, visitas dos paxes e carteiros reais propios das datas e moitos outros elementos de festa. Non foi a única actividade navideña para os máis pequenos de Oroso, que tamén tiveron a oportunidade de participar nunha excursión á aula da natureza das Brañas da Valga (Mesía) ou nas visitas dun planetario móbil a Sigüeiro. As dúas foron actividades de balde nas que adquiriron diversos coñecementos sobre a natureza dos humidais, etnografía e elaboración de cerámica, no caso da visita a Mesía, e sobre astronomía, no caso da cúpula inchable do Planeta Móbil.
Actuación do alumnado do CRA de Oroso no seu festival de Nadal Encarga dos agasallos para os nenos
O evento contou con sesións de contacontos e outras atraccións para os cativos
A campaña ‘En Reis, ningún neno/a sen agasallo’, impulsada polo Concello de Oroso coa colaboración dos comercios do municipio, recadou un 25% máis ca na súa primeira edición, o ano anterior. O goberno local non desvelou a cantidade recollida, procedente dos donativos que os clientes do comercio local depositou durante varias semanas nas urnas da campaña, elaboradas polas responsables das librarías de Sigüeiro ‘Refoxos’ e ‘Aula 10’. Os cartos recollidos serviron para mercar agasallos para os nenos e nenas das familias máis necesitadas de Oroso.
Crónicas - Xaneiro 2014
16
xente daquí CERCEDA
TRAZO
Son das Aulas de Nadal
Entretemento para a infancia
Festa de Nadal en Trazo, con xogos, bailes, obradoiros e contacontos
A Escola Municipal de Música de Cerceda celebrou o seu primeiro concerto ‘O Son das Aulas de Nadal’, do que foron partícipes máis de duascentas persoas no auditorio da localidade.
A actuación, con varios centos de espectadores, presentou un formato especial, de concerto didáctico e artístico, cos máis pequenos como protagonistas e con moito rítmo de música, baile e canto.
MESÍA
Sobre patíns e de película Festival no Punto de Atención á Infancia (PAI) do Concello de Trazo
Máis de cen persoas participaron na excursión á Coruña organizada polo Concello de Mesía para patinar sobre xeo e asistir á proxección dunha película. Na imaxe, parte dos patinadores.
Obradoiro de obxectos navideños no centro polivalente de Trazo
COMARCA
Frades e Mesía divírtense no salón de ocio infantil e xuvenil XuvenLugo O salón de ocio infantil e xuvenil de Lugo, XuvenLugo, recibiu a visita de senllas expedicións organizadas polos Concellos de Frades e de Mesía. Os máis novos da casa entretivéronse nas diversas atraccións e xogos ofertados no Pazo de Congresos de Lugo, con actividades especialmente pensadas para cada tramo de idade dos participantes.
Participantes na viaxe do Concello de Frades a XuvenLugo
Saída do Concello de Mesía a XuvenLugo
Crónicas - Xaneiro 2014
17
xente daquí COMARCA As cabalgatas e festas navideñas tiveron un amplo seguemento en todos os municipios
A comarca recibiu con ilusión os Reis Magos da crise Non están os tempos para grandes alegrías, pero eso non quere dicir que se perda a ilusión, máis que nada porque é de balde. Esto quedou ben reflictido nas festas coas que se recibiron os Reis Magos na comarca. Centos de persoas acudiron ás distintas cabalgatas e eventos programados nos sete municipios, cos nenos como os principais protagonistas da xornada. De día, Melchor, Gaspar e Baltasar agasallaron a todos con caramelos, xoguetes e outros obsequios. De noite, axustáronse ao comportamento de cadaquén.
Os Reis Magos, atendendo os nenos en Ordes
A cabalgata dos Reis polas rúas ordenses foi espectacular
Os Magos de Oriente chegaron nun tren a Oroso
Festa de recepción aos Reis Magos no polideportivo municipal de Sigüeiro (Oroso)
Os Reis Magos, cos máis pequenos de Cerceda
Os Reis Magos en Mesía, onde foron recibidos cunha festa de animación no polideportivo municipal
Festa de Reis en Trazo, co polideportivo ateigado de público
O ano 2014 será lembrado como o primeiro con festa municipal de Reis en Frades
18
Crónicas - Xaneiro 2014
DEPORTES FÚTBOL 8
KÁRATE
Impecable primeira volta dos Benxamíns B da S.D. Club Ordes
A cercedense Emma Núñez proclámase campioa provincial
Equipo Benxamín B do Ordes, adestrado por Adrián Garea Rodríguez
O equipo Benxamín B da S.D. Club Ordes, que compite no grupo 3 da segunda división autonómica en F8, culminou unha impecable primeira volta nesta tempada de liga, sen perder nin un só partido. Algúns resultados foron moi abultados, como o 10-2 fronte aos colistas do Lubre, pero tamén ante rivais directos como o Obrero B (34) ou o Olímpico B (4-2) se defen-
deron ben. Os únicos empates foron ante o San Tirso SD (2-2) e o Once Cabaleiros B (3-3). Segundo a web do club, o equipo confórmano Martiño Caneda, Martín Deus, Álvaro Arias, Miguel Martínez, Álvaro Viqueira, Samuel Fariñas, Álex Martínez, Daniel Loureiro, Javier Fandiño, Daniel Martínez, Diego Barreiro, Anxo Platas, Hugo Platas e Uxía Couselo.
Emma Núñez, no máis alto do podio da competición en modaliade kata
Emma Núñez, do Club Kárate do Carballo, proclamouse campioa provincial na XVIII Copa Deputación da Coruña. O certame reuniu vinte clubes de kárate de toda a provincia. Para a karateka de Cerceda era a súa terceira participación na categoría xuvenil (12 e 13 anos) nas dúas modalidades deste
deporte: kata e kumite (combate). En kata, Núñez obtivo o ouro impoñéndose 4-1 na final, tras un traballo sobresaínte. En kumite acadou a prata igualando en combates gañados á campioa e resolvendo o empate coa diferencia de puntos. O próximo reto de Núñez será o autonómico do 1 de marzo.
Crónicas - Xaneiro 2014
19
DEPORTES ENTREVISTA Daniel Vázquez Fuentes, presidente do San Estevo de Abellá S.D.C.
“Este equipo representa un punto de unión para a xente nova da zona” - Como valora o inicio da tempada de xogo para o equipo de primeira autonómica? Fixeron moitas fichaxes novas? - Está a ser negativa, non estamos no nivel de xogo do ano pasado pero esperamos que mellore. Fixemos varias fichaxes que se están adaptando ben tanto ao grupo como á categoría. - Que expectativas teñen para esta liga? Onde situaría a liña na que comeza o éxito e onde a que levaría a falar de fracaso? - O obxectivo é a salvación e acadala canto antes sería un éxito xa que non estamos nunha situación cómoda a estas alturas da competición. Un fracaso sería perder a categoría xa que a plantilla é unha plantilla de calidade. - Cales considera que son os factores que lle dan fortaleza ao equipo? E os puntos febles que se poidan confesar?
- Este grupo caracterízase sobre todo pola intensidade e capacidade de sacrificio do equipo. O punto máis feble é que nos costa moito materializar as ocasións que xeramos. - Que rivais ve como máis duros? Por que? Hai moita diferencia entre os equipos do grupo? - O dominador claro da competición é o Atlético Arteixo, que creo que é moi superior aos demais. O resto de equipos somos moi parellos e os pequenos detalles son os que marcan as diferencias na clasificación. - Falemos agora do equipo de terceira autonómica. Rende ben? - Estamos no bo camiño, temos altibaixos pero é normal nun equipo con xente moi nova e que ten que adaptarse o cambio de xuvenil a aficionado. - Que obxectivos se marcaron para esta tempada no Abellá B?
Equipo do S.E. Abellá S.D.C. de primeira autonómica en 2012-2013 (Foto Sonia)
- O obxetivo é xogar a promoción de ascenso a 2ª autonómica e formar xogadores para o primeiro equipo. - Cales son as principais dificultades ás que se enfrontan? - A plantilla peca de falta de experiencia e eso contra algúns equipos nótase. - Esta división é máis equilibrada que a do equipo superior? - Ten unha situación parecida: un equipo, o Oza dos Ríos, que está un chanzo por riba e os demais somos moi parellos. - A nivel interno, o B funciona como a canteira do equipo A, é o seu
cemiterio de elefantes (se nos permite a expresión), ou desenvólvense dunha forma autónoma? - Un pouco de todo. A ampla maioría son sub-23 e ademais temos cinco ou seis xogadores de máis idade que aportan a súa experiencia ao grupo. - En canto ao equipo de xuvenís, cando foi creado? - Esta é a sexta tempada que compiten, xa formaban parte do San Estevo. - Teñen xogadores suficientes para mantelo? (continúa na páx 20)
20
Crónicas - Xaneiro 2014
DEPORTES
O equipo xuvenil da pasada campaña do S.E. Abellá SDC (Foto Sonia)
Integrantes do equipo de veteranos 2013 do S.E. Abellá SDC (Foto Sonia)
(vén da páx anterior) - Este ano contamos con 22 xogadores, sempre falta xente ao principio pero co comezo das clases vanse incorporando. - Que retos afrontan? - O obxetivo é acabar na parte alta da táboa.
- Están satisfeitos coa unificación ou poderían ter conseguido mellores resultados por separado? - Moi satisfeitos, creo que o resultado non pode ser moito mellor, xa que en catro anos conseguimos ascensos e ser un clube referente na comarca. - Coida que a supervivencia da sociedade está garantida a medio prazo? Por onde pensa que se poden presentar os problemas? - En principio, estamos intentando involucrar a xente nova do concello que se incorpore á directiva e que sexa máis doado de levar, xa que a maioría da directiva xa leva máis de dez anos e presenta síntomas de cansancio. Os principias problemas son o apartado económico e a falta de
- A entidade é resultado da unión de dúas que existían antes. Que representa o equipo para a zona? - Creo que representa un lugar de entretemento para o municipio e un punto de unión da xente nova, onde intentamos aprenderlles a convivir e a practicar un deporte.
A FICHA DO EQUIPO - Nome: S.E. ABELLÁ S.D.C. - Ano de creación: 2009 (A.D. Abellá en 1981, e San Estevo de Abellá en 2002) - Número de socios: 400 - Instalacións: Campo Municipal do Vedral, en Abellá (Frades) - Xunta directiva: - Presidente: Daniel Vázquez Fuentes - Vicepresidente: Jorge Rodríguez Sánchez - Tesoureiro: Miguel Sánchez Rodríguez - Secretario: José Manuel Sanjurjo Sánchez - Vogais: Javier Méndez Fariña, Jose María Pérez Lagos, Diego Sánchez Barreiro, Manuel García Álvarez, Manuel Gómez García, Jesús Antonio Rodríguez Raposo, José Manuel Novoa Sanjurjo, José Manuel Rodríguez Novoa, Jorge Rodríguez Couselo e José A. Rodríguez Rodríguez. - Adestradores de cada equipo: Primeira autonómica: Daniel Fernández Veiras Terceira autonómica: Daniel Vázquez Fuentes Xuvenil: Iván Méndez García Veteranos: Ricardo Carro Pérez - Para non perderlle a pista ao club: - Web: www.seabellasdc.es - Facebook: https://es-es.facebook.com/pages/SE-ABELLÁSDC/137216679626466 - Twitter: https://twitter.com/seabellasdc
tempo libre para adicarllo ao club. - Teñen que facer moitos equilibrios para que cadren as contas? - Moitos, cada ano é máis complicado cadralas, xa que as mutualidades e os gastos varios seguen a subir e os ingresos de publicidade e socios estáncanse ou redúcense. - Botan en falta maior apoio social, de patrocinios ou institucional? - En Abellá temos un apoio social amplo para a localidade que somos e por parte do Concello cada vez téñennos máis en conta. No que se refire aos patrocinios xa e diferente, agora mesmo é complicado para as empresas locais botar unha man e tampouco contamos con demasiadas ás que acudir, ao estar situados nunha zona rural.
Equipo de terceira autonómica do S.E. Abellá da pasada tempada (Foto Sonia)
CICLISMO Distinción para o Concello de Oroso na Gala do Ciclismo Galego 2014 polo seu primeiro trofeo
O orosán Amancio Espiñeira, mellor ciclista galego en BTT Rally XC
Acto de entrega de premios na Gala do Ciclismo Galego 2014 en Ponteareas
Amancio Espiñeira, ciclista de Oroso, foi distinguido como mellor ciclista galego na modalidade de BTT Rally XC, en categoría sénior. O premio entregoullo a Federación Galega de Ciclismo na súa gala anual, celebrada en Ponteareas. Na tempada pasada, Espiñeira proclamouse campión galego do Open Rally BTT de Galicia e foi campión do I Circuíto BTT-XC Provincia da Coruña, entre outros éxitos dunha tempada moi completa que o levou ao máis alto do podio en seis campionatos. O ciclista recibiu as felicitacións
do Concello de Oroso, representado na Gala polo alcalde, Manuel Mirás, e polo concelleiro de Deportes, Luís Rey. Os dous cargos municipais non estaban na gala por casualidade, senón que acudiron a recoller un premio outorgado ao Concello, como recoñecemento á organización do seu primeiro Trofeo de Ciclismo. A proba de Oroso, que pechou a tempada oficial de ciclismo en 2013, reuniu preto dun centenar de ciclistas nas categorías cadete, júnior e elite sub 23. O Concello confirmou que este trofeo terá continuidade este ano.
Crónicas - Xaneiro 2014
21
DEPORTES
Equipo ‘Poulo B’, gañadores do Torneo Solidario ‘Mesía contra o cancro’
Equipo ‘Manureva Amarelle’, gañadoras do Torneo Solidario ‘Mesía contra o cancro’
FÚTBOL SALA
Récord solidario en Mesía na sexta edición do Torneo Solidario a favor da AECC A sexta edición do Torneo Solidario de Fútbol Sala ‘Mesía contra o cancro’ obtivo a súa maior recadación, con 3.393 euros en beneficio da Asociación Española Contra el Cáncer (AECC). Esta cantidade obtívose da venda de entradas, das achegas voluntarias de cidadáns, entidades e empresas e das inscricións dos equipos. A presidenta da Asociación Española Contra el Cáncer na Coruña, Elena Viturro, achegouse ata o polideportivo municipal en Olas para recoller a recadación de mans do alcalde de Mesía, Mariano Iglesias, e agradecer toda a solidariedade recibida. Gañadores No que atinxe á parte deportiva, o torneo tivo como gañadores na competición masculina ao equipo ‘Poulo B’ e na feminina ao conxunto ‘Manureva Amarelle’. A sexta edición do Torneo Solidario de Fútbol Sala ‘Mesía contra o cancro’ foi organizado polo Concello de Mesía e contou co patrocinio de Carpintería Ramón García e de Nova Galicia Banco, así como coa colaboración de numerosas asociacións, establecementos e empresas da zona.
O alcalde de Mesía entrégalle a recadación á presidenta da AECC na Coruña
22
Crónicas - Xaneiro 2014
DEPORTES CARREIRAS
VI GALA DO DEPORTE O evento entregou distincións a máis de 300 deportistas
Premio do Circuíto Provincial para a corredora de Mesía María José Grobas
Premios ao máis selecto do deporte da comarca na Gala da Mancomunidade
María José Grobas Garaboa, corredora de Mesía que compite no Club Atlética A Silva, de Cerceda, obtivo o terceiro premio da súa categoría (Veteranas 1) na primeira edición co Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación da Coruña. As probas incluídas neste circuíto foron a Popular do Concello de Carballo, a CorreSan Nocturna de Santiago, a Milla Urbana de Ares, o Maratón Popular do Concello de Cambre, o Maratón San Xoán de Piñeiro de Mugardos, a Carreira Nocturna Concello de Ferrol, a Popular de Santa Uxía de Ribeira, a proba ACoruña10, a Pedestre do Concello de Ames e a Popular de Negreira. A Deputación asegura que investiu 25.000 euros na organización destas probas, que sumaron preto de 10.000 participantes. En total, entregáronse 66 premios, tres por cada unha das categorías de idade, nas modalidades masculina e feminina. En veteranas 1, a corredora de Mesía compartiu os premios deste circuíto coa atleta do Club Atletismo Sada Raquel Armesto Pinedo (segunda) e coa independente Teresa López de la Vega (primeira).
TRÍATLON
Convocan para febreiro un curso formativo para facerse xuíz oficial de triatlón en Sigüeiro Sigüeiro acollerá o sábado 16 de febreiro un curso oficial de nivel II de tríatlon, dirixido a todas as persoas que queiran iniciarse na arbitraxe deste deporte en Galicia. O curso está organizado pola Federación Galega de Tríatlon e conta coa colaboración do Concello de Oroso. Quen teñan interese en participar teñen que dirixirse á Federación Galega de Tríatlon antes do 11 de febreiro. Poden facelo a través de correo electrónico, no enderezo fegatri@hotmail.com, ou a través do teléfono, no 982 251 345. Tal como informa o Concello, o curso ten un custo de 15 euros e inclúe partes teórica e práctica, acordes á normativa da Federación Española de Tríatlon.
Parte dos premiados e autoridades municipais, na foto de familia da Gala do Deporte
A sexta Gala do Deporte da Mancomunidade, que segundo a organización congregou máis de 2.000 persoas na discoteca LP-45 de Ordes, distinguiu o traballo e o esforzo de máis de 300 deportistas dos sete municipios da comarca ordense, cunha traxectoria destacada ou unha prometedora proxección de futuro. Mostra da variedade de deportes que se practican na zona, houbo premiados en atletismo, natación, patinaxe, fútbol, xadrez, judo, tenis de mesa, taekwondo, hockei, chave e tiro con arco. Cada Concello entregou tres premios, distinción promesa e un recoñecemento especial. O presidente da Mancomunidade e alcalde de Ordes, Manuel Regos, destacou na súa intervención “a colaboración e traballo conxunto que
se fai por parte de todos os integrantes da Mancomunidade”. Concretou o agradecemento en cada un dos demais alcaldes da comarca. A gala, presentada por Pablo Quinteiro e con actuacións de Tania Veiras, contou coa presenza do presidente da Federación Galega de Fútbol, José García Liñares (tamén alcalde de Cerceda); o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; o campión de España de ralis de terra, Mario Ríos; e o campión mundial de tríatlon, o ordense Iván Raña Fuentes. Por municipios, estes son os premiados da Gala do Deporte: CERCEDA.- 1º premio: Alevíns do CCD Cerceda (fútbol). 2º premio: Daniel González (xadrez). 3º premio: Novos cintos negros de judo.
Promesa: Daniel González (xadrez). Especial: Cesáreo Leiro (fútbol). FRADES.- 1º premio: EDM de fútbol sala cadete. 2º premio: Veteranos de Abellá (fútbol). 3º premio: EDM de atletismo. Promesa: Rita Viqueira (patinaxe). Especial: Manuel Castro (fútbol). MESÍA.- 1º premio: Categorías inferiores do Visantoña Club de Fútbol. 2º premio: Lucía Doval (atletismo). 3º premio: Nerea Sánchez (atletismo). Promesa: Gloria Iglesias (atletismo). Especial: Directiva e colaboradores do Visantoña C.F. ORDES.- 1º premio: Grupo Show Club Alquimia (patinaxe). 2º premio: Escolas deportivas de taekwondo. 3º premio: Escola municipal de tiro con arco. Promesa: Andrea Castro (lanzamento de xavelina). Especial: Jesús Maneiro (chave). OROSO.- 1º premio: Equipo de Tenis de Mesa da División de Honra Nacional. 2º premio: equipo de fútbol alevín da Escola Xuventude Oroso. 3º premio: Sofía Zapata (taekwondo ITF). Promesa: Bruno Saavedra (hockei a patíns e fútbol). Especial: Manuel Ríos (motor). TORDOIA.- 1º premio: Martín Liste (atletismo). 2º premio: Marta Rosende (natación). 3º premio: Alejandro Suárez (natación). Promesa: Lucía Tasende (patinaxe). Especial: Susana Pena (fútbol). TRAZO.- 1º premio: Resmón C.F. 2º premio: Equipo benxamín da escola municipal de fútbol. 3º premio: EMD de Atletismo. Promesa: Manuel Vázquez (fútbol). Especial: José Brea (fútbol).
TAEKWONDO Brillante tempada da deportista ordense do Club Deportivo Luar
Tania Gándara, bronce no campionato de España
Gándara pertence ao C.D. Luar e ten como adestrador a Cristóbal Boudjenane
A ordense Tania Gándara Suárez, do Club Deportivo Luar, alzouse coa medalla de bronce no Campionato de España de Clubs de Taekwondo, na modalidade de combate. A competición tivo lugar na localidade de Marina d’Or, na provincia de Castellón. Considerado un dos campionatos máis significativos do circuíto español, nel inscribíranse 1.097 deportistas Gándara, dirixida e adestrada polo técnico Cristóbal Boudjenane Núñez, culmina así unha magnífica tempada deportiva. Acadou o podio nos seis campionatos que disputou, colleitando tres ouros, unha prata e dous bronces.
Crónicas - Xaneiro 2014
23
OPINIÓN TRIBUNAS DA COMARCA
Luz ao final do túnel? Por Fernando del Río Iglesias Coa chegada do novo ano o goberno proclama albiscar a luz ao final dun túnel longo e sombrío de cinco anos de desemprego e perda de poder adquisitivo. Situación difícil, crítica para miles de familias. Mais, por tenue que sexa, hai luz? O premio de risco da débeda pública española –o diferencial de rendibilidade entre o bono español e o alemán a dez anos- sitúase hoxe en torno aos 200 puntos básicos. Quero isto dicir que a taxa de xuros que paga a débeda española é 2 puntos superior á alemá. Grande diferenza se comparamos con mediados do 2012. Entón o premio de risco español marcou un máximo de 638 puntos e desde aquela emprendeu un paulatino decline ata a cifra actual. Convén a comparativa con países que presenten problemas nas súas finanzas públicas. Italia alcanzou tamén a mediados do 2012 un máximo de 553
puntos e baixou ata os 226 puntos actuais. O premio de risco español -durante moito tempo por riba do italiano- agora parece consolidarse lixeiramente por baixo. A comparación con Irlanda non é tan grata. A mediados do 2012 o tigre celta chegou aos 1134 puntos. Hoxe son 152. O premio de risco reflicte a confianza dun prestamista en que o prestatario lle devolva o valor do prestado. A menor confianza maiores taxa de xuros e premio de risco, e viceversa, evidentemente. Esa confianza depende de que o diñeiro devolto conserve o seu valor, de que o prestatario ingrese diñeiro abondo e de que sexa convenientemente aforrador. No cumio da crise de débeda os prestamistas desconfiaban de que os países en problemas abandonasen o Euro e, por tanto, devolvesen as súas débedas nunha moeda desvalorizada, dubidaban da
Os paxariños da Alameda Está visto que nin nas vacacións se poden descoidar as aves dominantes. Ao contrario, algún ou algúns paxariños ociosos dedicáronse a preparar montaxes. E o que é peor, a difundilas entre o persoal, aproveitando que cos modernos trebellos as mensaxes esténdense como o aceite. Pois que saiban os interesados que o rastrexo está en marcha, que van por eles e que a intención é desplumalos. Porque a Alameda non está para bromas, e menos con tanta sorna. E tan decididos están os investigadores a dar co culpable que ao final aínda van pagar xustos por pecadores. Así que, montadores de vídeo que vos sintades aludidos, debedes saber que estades a tempo de entregarvos e evitar calquera crime. Erguede as ás e auto-inculpádevos se sodes valentes! Apelamos a vosa dubidosa
consolidación fiscal precisa para economizar e receaban da recuperación económica indispensábel para aumentar os ingresos públicos. A confianza no Euro retornou unha vez o Banco Central Europeo e a Unión Europea deron un paso adiante. Os premios de risco de todos os países en problemas entón descenderon. Agora ben, en España mais que en Italia, o cal debe ser atribuído a un relativo restablecemento da confianza no futuro da economía española e nas medidas de aforro emprendidas. Que as expectativas se concreten ou non só Deus o sabe. Porén, a comparativa con Irlanda evita inchar o peito. Podería térmonos ido mellor. De darse, o proceso de recuperación tomará tempo. Aínda fica por diante un longo período de desemprego, emprego temporal e a tempo parcial, emigración e minguado poder adquisi-
tivo. A recuperación podería ser mais veloz –tal como a crise tería sido menos intensa e prolongada- e desembocar nunha economía más produtiva e dinámica, con mais e mellores empregos e maiores salarios se o goberno tivese realizado as reformas estruturais precisas que mellorasen a eficiencia da economía española. Mais, os pasos neste camiño teñen sido escasos e curtos. Así que, non confunda a recuperación co advento do paraíso terreo. Os últimos dados trimestrais sinalan que o aumento do emprego estase a concentrar en actividades ligadas ao sector turístico –proba da importancia da procura externa na recuperación- e nas comunidades suristas. Por tanto, tal vez na Galiza tardemos un pouquiño mais en notar os síntomas da recuperación, como tamén sufrimos un pouco menos intensamente os efectos da crise.
De concretarse a recuperación, serán presumibelmente as áreas mais dinámicas as que primeiramente collan o tren, normalmente as áreas metropolitanas. A nosa comarca terá entón que esperar outro pouco, se ben o relativamente bo comportamento do sector agropecuario pode xogar ao noso favor. Mais, a escala tan reducida a predición é moi complicada, xa que o curso dos acontecementos depende de insondábeis factores idiosincráticos. Por tanto, prezado veciño, confianza, paciencia e feliz ano. Fernando del Río Iglesias é profesor de Fundamentos de Análise Económica na Universidade de Santiago de Compostela.
Sección de chíos, murmuracións e faladorías pilladas polo aire, unhas máis certas que outras
honra de corvos cheirentos para evitar que algunha inocente anduriña ou unha inxenua laverca pague coas súas belas plumaxes as vosas bastas bromas co Youtube e co WhatsApp. Si, si, si. Xa se sabe que nada deso vos importa. E ademais estades ben seguros de que co voso niño non van dar nin os gaivotos verdes nin calquera outro ser alado, por moitos asesores informáticos que contraten. A escribenta pigmea xa nos contou que o estorniño de Leira ten o encargo de localizarvos, unha busca e captura da primeira orde. Pero estade tranquilos, que o estorniño é preguiceiro co traballo e hábil coa invención de escusas. Así que só vos queda rir e facer rir desde a sombra. E se queredes podedes ir preparando outro guion, que en menos dun chío vai chegar o entroido e se cadra para entón te-
des algo máis de bula. Mais non vos fiedes se queredes manter o pescozo enteiro... Certo é que tedes bastante delito. Xa que escolledes as personaxes que escolledes, polo menos esforzádevos un pouco máis coas coreografías. Cómicas si que son, pero fáltalles moita coordinación, non lles armastes ningunha trama e dan arrepíos só de pensar no raccord... Dánsevos mellor os spots, para que negalo. Pero claro, xa veñen feitos e só vos queda copiar e pegar, que é o voso. E ademais, xa avisou a pomba de que estades mal informados. Se a vosa intención, como corvos rabudos que sodes, era facer mal, tiñades que introducir outras personaxes: un lagarteiro coas maracas, un pato co bombo, o pelícano marcando o paso... A vida mesma.
Outra historia para que non se diga que non avisamos. Entre tanto temporal veu un cormorán río arriba e advertiu de que hai que atender ben aos movementos daquel merlo tan branco que apareceu hai uns anos na Alameda e que despois se volveu gris. As pitas de monte non lle sacan ollo. Non é que teman que lles roube a comida, pero si que llela manche de tanto que rebole. A historia probablemente non teña importancia, pero para non tela os efectos secundario-colaterais empezan a ser abundantes: ao morcego córtanlle a dixestión, as gaivotas baten nos campanarios mirando para el, a garza rompe o pico... Para acabar, recado da pomba ao corvo mariñeiro: xa sabemos que segues no niño podre. E tes razón: é unha vergonza. Unha gran vergonza! Pero túa, toda túa, de ninguén máis.
Crónicas
Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.
Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Dirección: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com Depósito Legal: C 900 - 2013 Imprime: Publicacións Tameiga, S.L.
OROSO Debutan os nenos do obradoiro de teatro
O gran teatro dos pequenos actores abraia en Oroso Din que o teatro é a disciplina artística que mellor resiste o pirateo, senón a única. É unha experiencia que non admite copia, que ten o seu lugar e o seu tempo. Irrepetibles. De aí tamén o grande esforzo que teñen que poñer os actores para que cada representación sexa única, para que o espectáculo non decaia e que o público quede con ansia de volver. Nese mundo, tan esixente e á vez tan gratificante, están comezando a entrar os veciños de Oroso, mediante os obradoiros municipais de teatro. Os primeiros en animarse, no outono pasado, foron os máis pequenos. Son sete actores e actrices de entre 6 e 8 anos, pero con moita talla, xa que en pouco máis de dous meses ofreceron a súa primeira función, cunha obra de vinte minutos de duración estreada ante medio cento de entusiasmados espectadores.
O reto dos obradoiros agora é incorporar máis participantes, persoas de todas as idades. O concelleiro de Cultura, Antonio Leira de Oroso, explicou que o debut do grupo actual serviu como “xornada de portas abertas para que os demais nenos e os pais coñezan a actividade e se animen a participar”. Coas incorporacións que se vaian producindo, os mestres do obradoiro aspiran a crear un grupo de teatro interxeracional. A actividade divídena en Teatro Cativo, con grupos de 3 a 5 anos, de 6 a 8 anos, e de 9 a 12 anos, e en Teatro Interxeracional, para quen teñan 13 anos ou máis. Para os máis pequenos, os ensaios son os martes e xoves pola tarde. Para os maiores, os xoves de 20:30 a 22:00 horas. Quen teñan interese en saltar ás táboas poden chamar ao 687 813 761 ou ao 981 69 09 03.
Debut do grupo infantil dos obradoiros de teatro, aclamado polo público en Sigüeiro