Crónicas
Flores ABELLÁ
Coronas - Plantas Centros - Ramos - Arreglos Teléfonos: Ordes: 981 680 301 Abellá: 981 699 731 Móvil: 659 843 518
Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 22 - Outubro de 2015
Última oportunidade para que Ordes non inicie o PXOM de cero A entrada en vigor da nova lei autonómica do solo, prevista para principios de 2016, obriga os grupos da
corporación municipal de Ordes a chegar a un acordo para aprobar inicialmente o Plan Xeral de Ordenación Muni-
cipal (PXOM). Se non se fai antes, terían que comezar o proceso de novo desde cero, tal como advertiu o alcalde,
que insta ao resto dos concelleiros a buscar un acordo que non atranque o futuro Páx. 2 do municipio.
Industria punteira
ORDES
Contemplan para 2017 a rotonda de enlace á rolda leste Páx. 4
CERCEDA
Os traballadores de Sumtec, contra o ERE de extinción Páx. 13
TORDOIA
O goberno rebaixa o lixo, o tipo do IBI e o imposto de obras Páx. 7
ECONOMÍA
Visita do presidente da Deputación a empesas da comarca
Páx. 12
Os gandeiros, de novo coa vista posta na rúa Páx. 12
COMARCA
Dous plans provinciais traen 4,2 millóns para a comarca
Controversia polo informe da conta xeral de 2014
Páx. 5
Mecá
OROSO
nica e Neum átic a
Páx. 8
DEPORTES
Iván Raña, duodécimo no Ironman de Hawai Páx. 21
Taller multimarca Amortiguadores Distribucións Mecánica en xeral Frenos e neumáticos Presupostos sen compromiso Revisións I.T.V. Diagnoses multimarca Cambios de aceite Aliñado de dirección Embragues Aire acondicionado
Fonte Estrei 28-30 Baixo, 3 15680 Ordes (A Coruña) talleresdepradoegranado@gmail.com / Telf: 981 68 85 73 / Móbil: 671 79 57 61 / Permanente: 696 42 27 94
2
Crónicas - Outubro 2015
Actualidade ORDES
ORDES O alcalde pide un acordo para poder aprobalo inicialmente e evitar o atranco
O Concello e a empresa da traída establecen un protocolo para evitar a auga avolta nas billas
A nova lei do solo podería obrigar a iniciar de novo a elaboración do PXOM
A aparición reiterada de auga avolta nas billas dos veciños, sobre todo en días posteriores a chuvia, fixo que o goberno municipal de Ordes e a empresa concesionaria do servizo de abastecemento de auga potable, Espina&Delfín, mantiveran unha serie de contactos na procura de solucións. O Concello encargoulle un estudo á empresa para determinar con exactitude as causas que ocasionan a turbidez no servizo e as posibilidades de solucionar o problema. Á marxe de que poidan ser necesarios algúns investimentos, o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, anunciou que se establecerá un protocolo de actuación “para que entre todos poidamos evitar esta situación que sucede de maneira anómala”. O rexedor precisou que o protocolo non é unha garantía de que o servizo non volva fallar, pero si pode axudar a atallar o problema e a solucionalo con maior rapidez.
Avecíñanse semanas clave para o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Ordes. A aprobación da nova lei autonómica do solo, prevista para principios de 2016, obriga aos grupos políticos a buscar un acordo para a aprobación inicial do documento. A alternativa, se non se dá ese paso, é que a lei entre en vigor e ter que empezar as tarefas de elaboración do plan desde cero. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, explicou a situación no último pleno. “A lei vai introducir cambios sustanciais e moi importantes”, advertiu, polo que deixou caer a conveniencia de acadar un acordo para a aprobación inicial e evitar o atranco de retrasar o planeamento urbanístico aínda máis tempo.
ORDES
OROSO Os dous alcaldes desempoan o proxecto de Vía Verde na vella liña de tren
Veciños e empresarios do Mesón do Vento intentan reanimar a feira dos sábados
Oroso e Santiago declaran a súa “frustración” co transporte comarcal
O presidente da asociación de veciños Campo da Feira de Ardemil, Fernando Noya, e o representante dos empresarios da zona, José Manuel Candal, reuníronse coa delegada provincial da Xunta, Belén do Campo, para demandar o apoio a medidas de impulso ao mercado que se celebra na localidade os sábados vésperas do primeiro e do terceiro domingo de cada mes. No encontro, do que non trascenderon medidas concretas e no que tamén estivo o parlamentario Miguel Calvo, a delegada provincial expuxo como posibles opcións algunhas medidas que promove a Consellería de Economía, Industria e Emprego. Neste sentido, Do Campo lembrou que o departamento autonómico ofrece achegas económicas aos concellos para “modernizar e incrementar a competitividade do comercio de proximidade”, mediante a súa renovación, o impulso do comercio electrónico e a dinamización.
POLÍGONO EN PARDIÑAS A cuestión foi abordada en xuntanzas entre o rexedor e o presidente da Xunta en Santiago. A máis recente das que se coñeceron foi a mediados de setembro, pero ningunha figurou na axenda pública de Alberto Núñez
Feijóo. Outro asunto de gran relevancia que trataron, que tamén se move entre o urbanismo e a economía, é a solicitude de incluír o polígono industrial proxectado en Pardiñas (Poulo) na relación de áreas industriais de Galicia. Martínez Sanjurjo non concretou o alcance da conversa, pero si expuxo no pleno que a asistencia urbanística do Concello está preparando a documentación. Polo demais, outra petición para o goberno autonómico é a inclusión de obras de abastecemento e saneamento no municipio, que terán unha asignación nos orzamentos da Xunta para 2016. O alcalde non precisou se o presidente autonómico ofreceu unha contía concreta, pero adiantou que o Concello prepara un proxecto “coa cantidade que se nos dixo e que se valorará”. E con motivo da entrada en funcionamento do transporte metropolitano en Ordes, o Concello solicitou a dotación de marquesinas nas paradas deste servizo. Nunha reunión anterior, da que o
alcalde tamén informou á corporación en pleno, o Concello emprazou á Xunta a axudarlle para adquirir un novo tractor con desbrozadora reforzada de uso forestal e ampliar o parque móbil da policía cunha moto. Martínez e Feijóo trataron tamén a posibilidade de que a estrada de Mercurín pase de ser municipal a autonómica, o que incluiría como contrapartida que o Concello asumise a titularidade de viais autonómicos que forman parte do núcleo urbano. Non obstante, tamén se lle trasladou á Xunta a petición dunha partida para a reparación do vial en 2016. Finalmente, cabe destacar que o goberno local interesouse polo cambio de uso da planta superior da Praza de Abastos, que terá que agardar ata 2019 para cumprir as condicións da subvención recibida. E solicitou unha gardería na vila, que se atopa con dificultades para emprazala por falta de previsión nas normas subsidiarias, un albergue de peregrinos en Poulo ou Pereira, e o remate das concentracions parcelarias.
guir poñendo de perfil ante este problema, porque mentres que non se resolva non hai plan de mobilidade que valla”. Como solución, propoñen unha maoir coordinación coa Xunta ou “ estudar fórmulas de xetión entre os Concellos, dentro do marco da legalidade”, aseguran.
Martiño Noriega (esq.) e Manuel Mirás reuníronse na sede do Concello de Santiago
“Frustración”. É a expresión na que concordan os alcaldes de Oroso e de Santiago á hora de falar do funcionamento do sistema de transporte metropolitano. Tanto Manuel Mirás como Martiño Noriega consideran que este servizo de transporte público funciona “mal” e cren que
debe ser mellorado canto antes. Non é a primeira vez que Mirás expresa queixas sobre o bus comarcal, polas carencias de frecuencias e enlaces. Noriega sitúa este asunto entre “as maiores preocupacións da veciñanza da Gran Capital” e advirte de que “Compostela non se pode se-
A VÍA VERDE, PENDENTE Outro dos asuntos tratados na reunión foi o proxecto de Vía Verde, que leva anos estancado ante a falta de resposta do Ministerio de Fomento. Esta iniciativa, para a que os Concellos asinaron xa en 2008 un convenio, serviría para acondicionar o trazado da antiga liña ferroviaria desde Santiago ata practicamente Cerceda, co propósito de que sirvan de ruta para a práctica de deportes como o sendeirismo ou o ciclismo. Polo demais, os dous rexedores abordaron o “desexo” de traballar en conxunto á hora de coidar as beiras do Tambre e a área recreativa do Refuxio, con partes compartidas.
Cr贸nicas - Outubro 2015
3
PUBLICIDADE
Crónicas - Outubro 2015
4
Actualidade ORDES En 2016, Fomento reserva diñeiro unicamente para elaborar o proxecto
A rotonda no enlace coa ronda leste non se construirá polo menos ata 2017 A rotonda con paso inferior que enlazará a ronda leste coa N-550 no seu quilómetro 37, á altura da saída de Ordes cara a Santiago, non se construirá polo menos ata 2017. O Goberno central, que quizais para entón teña outra cor política, accedeu a contemplar financiación para ela nos orzamentos xerais do Estado, se ben en 2016 reserva unicamente 18.000 euros para elaborar o proxecto e para 2017 deixa como “previsión” 600.000 euros para a execución da obra. A inclusión destas reservas de diñeiro é froito dunha emenda presentada polo PP, que asegura que foi unha proposta que lle trasladou o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, ao presidente do Goberno, na visita de Mariano Rajoy a Ordes nas vacacións de agosto. Se ben as comunicacións rodadas non teñen demasiado problema coa configuración actual da intersección, a principal vantaxe da obra será precisamente o paso inferior. Ao darlle continuidade ao tramo de senda peonil e de carril bici xa existentes no
roeste, enlazando o xa feito coa estrada AC-413 (Ordes-Carballo). O novo vial tería un acceso ao tanatorio municipal e ao punto limpo, de maneira que contribuiría a evitar o paso de tráfico por rúas como a do Mediodía ou a do Recreo, ata as que acoden os vehículos que queren tomar a estrada de Carballo.
Intersección onde se ubicará a rotonda
primeiro tramo da ronda leste, garantirá un paso seguro para as persoas que se desprazan desde a zona do Paraíso á piscina climatizada e ao IES Maruxa Mallo, e viceversa. O goberno municipal, que destacou a “receptividade de Rajoy”, ten en mente unha segunda parte da ronda, a que chama a ronda su-
ACCESOS A QUEIS Por outra parte, o Ministerio de Fomento licitou as obras de mellora da intersección da estrada N-550 en Queis (Montaos), concretamente no quilómetro 41,2 do vial. O gasto máximo nas obras, que se iniciarán nos vindeiros meses e durarán unhas catro semanas, será de 207.000 euros. O alcalde de Ordes asegura que a reforma permitirá evitarlles aos veciños un desprazamento considerable para tomar o desvío, agora impedido por mor dunha liña continua. O rexedor destacou “a sensibilidade” de Fomento con esta demanda que os veciños formulaban desde hai tempo.
O BNG de Ordes propón mellorar o acceso ao IES Maruxa Mallo con tres carrís O BNG de Ordes propón a mellora dos accesos á zona do IES Maruxa Mallo, a piscina climatizada e o antigo centro comarcal coa habilitación dun terceiro carril na N-550 nese tramo, de maneira que o central sirva para incorporarse e saír da estrada. A proposta obtivo o apoio do pleno municipal. O seu autor, o concelleiro nacionalista Pablo Vidal, explica que o acceso actual “é bastante perigoso e mesmo se teñen producido varios accidentes”. O Bloque lembra que a N-550 é o único acceso real ao instituto, posto que na práctica os autobuses non pasan pola Rúa da Coruña, demasiado estreita. O terceiro carril podería habilitarse, segundo expresa o BNG, aproveitando o espazo das vías de servizo existentes nas dúas marxes da N-550. A proposta será trasladada ao Ministerio de Fomento.
ORDES Reparados os 500 metros iniciais, o resto do vial mantén o menú de baches dos últimos anos
Novo aperitivo na estrada Ordes-Cerceda por Mercurín
O tramo, que comeza en Merelle, precisou 80.000 euros para a súa reparación
O menú é o mesmo, só mellorou o aperitivo. A precaria estrada de Mercurín, entre o polígono industrial de
Ordes e Cerceda, viu mellorados nas últimas semanas os seus 500 metros de entrante. Un cambio de cara que,
Crónicas
sen embargo, non impide que o resto do vial, de titularidade municipal, manteña o pésimo estado de conservación que o caracteriza nos últimos anos, co firme repleto de irregularidades e buratos. Os labores deste tramo supuxeron un gasto de 80.000 euros, para os que o Concello contou cunha subvención autonómica do 80 %. Os traballos consistiron en anchear a estrada, fresar a superficie, aplicar conglomerado e repoñer o firme, ademais do repintado. O goberno municipal cre que se trataba dunha “intervención moi demandada, tanto polos veciños e veciñas da zona como polos traballadores e transportistas”, debido ao mal estado que presenta o vial e os riscos para a seguridade que conleva. Non obstante, para os usuarios, moitos deles traballadores e traballa-
Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.
doras que acoden a cotío ás empresas de Cerceda, a mellora resulta claramente insuficiente, tendo en conta que queda case unha decena de quilómetros máis de sufrimento para os seus vehículos. Varios deles expresaron a súa indignación comentando a noticia no espazo de Crónicas en facebook. O proxecto de ampliación e reparación integral da estrada fora recollido hai varios anos no Plan Miner, pero o posterior bloqueo destes fondos por parte do goberno central sumiuna nunha desatención total, unicamente con accións puntuais de arranxo por parte do Concello que, incapaz de afrontar todas as necesidades, optou por impedir o tráfico pesado. No pasado mandato, sopesouse cederlle a titularidade á Xunta e xestionouse a colaboración da Deputación nun proxecto de mellora.
Se quere recibir Crónicas de balde no seu correo electrónico, pídao en cronicas.comarcadeordes@gmail.com
Crónicas - Outubro 2015
5
Actualidade COMARCA O habitual de Obras e Servizos e o novo Plan de Acción Social
Dous plans da Deputación traerán máis de 4,2 millóns de euros á comarca Dous plans de investimentos da Deputación da Coruña traerán máis de 4,2 millóns de euros aos sete Concellos da comarca. Trátase do tradicional Plan de Obras e Servizos (POS) para 2016, que repercutirá con case 1,8 millóns, e do novo Plan de Acción Social 2015, que supera os 2,4 millóns de euros. Os Concellos deben decidir nas vindeiras semanas para que proxectos os utilizan. As dúas iniciativas xa foron aprobadas polo pleno provincial, cunha dotación total de 24,2 millóns para o POS e de 33 millóns para o PAS, a repartir entre os 93 Concellos da provincia. O criterio de reparto é o mesmo nos dous casos, e a contía de diñeiro que lle corresponde a cada municipio determínase segundo a superficie, o número de habitantes, o número de parroquias e o esforzo fiscal. E se ben estas son as ponderacións que desde os anos oitenta se aplican nos plans ordinarios da Deputación, o grupo do PP optou por absterse no caso do POS, ao botar en falta un 20 % de plus que tiñan
CONCELLO
PAS
POS
TOTAL
CERCEDA
346.356 euros
253.994 euros
600.350 euros
FRADES
265.421 euros
194.642 euros
460.063 euros
MESÍA
305.559 euros
224.076 euros
529.635 euros
ORDES
549.879 euros
403.244 euros
953.123 euros
OROSO
330.108 euros
242.080 euros
572.188 euros
TORDOIA
335.424 euros
245.978 euros
581.402 euros
TRAZO
301.048 euros
220.768 euros
521.816 euros
TOTAL:
2.433.795 euros
1.784.782 euros
4.218.577 euros
Asignación do diñeiro dos dous plans provinciais na comarca ordense
os municipios fusionados, o caso de Oza-Cesuras. O presidente da Deputación, o socialista Valentín González Formoso, replicou que o seu gobernno vai aplicar un plan de optimización de recursos que fomentará ini-
ciativas de colaboración institucional nas que Oza-Cesuras “vai estar cómodo”, dixo. No POS, cada Concello poderá decidir se destina ata o 50 % a gasto corrente, mentres que un mínimo do
Valentín González Formoso, presidente da Deputación da Coruña
50 % terá que destinarse obrigatoriamente a obras ou subministracións necesarias para a prestación efectiva de servizos. No caso do Plan de Acción Social (PAS), aprobado por unanimidade, a orientación é utilizar os seus fondos para investimentos financeiramente sostibles e que na súa maior parte teñan “un carácter social relevante”, asegura o executivo provincial. Na comarca, o Concello que máis diñeiro percibirá nestes plans é o de Ordes, cuns 953.000 euros nos dous plans, en boa medida por ser o máis poboado. Pola contra, ao que menos recursos lle corresponden é a Frades, con 460.000 euros.
Un estudo demostra as vantaxes que ten para o país o uso deste sistema nos residuos non reciclables
As oportunidades da valorización enerxética “A promoción da valorización enerxética da fracción non reciclable dos residuos urbanos traería consigo importantes oportunidades para o medio ambiente, a economía e a sociedade no noso país”. Así se recolle nun estudo realizado por G-Advisory, do Grupo Garrigues, encargado pola Asociación de Empresas de Valorización Enerxética de Residuos Urbanos (AEVERSU), que aglutina dez plantas (nove en España e unha en Andorra) que centran a súa actividade na recuperación, en forma de electricidade e calor, do poder calorífico dos refugallos que, de non seguir este camiño, acabarían desperdiciados en vertedoiro, co conseguinte impacto ambiental. O estudo foi presentado publicamente en Madrid o pasado 6 de outubro. No acto, o presidente de Aeversu, Rafael Guinea Mairlot, fixo unha introdución ao documento, e Ernesto Lluch Moreno, Director de G-Advisory deu a coñecer os resultados.
PRINCIPAIS CONCLUSIÓNS Conforme á xerarquía de xestión contemplada pola Directiva Marco de Residuos, a valorización enerxética debe prevalecer sobre o depósito en vertedoiro. Así o entenderon numerosos países europeos (Alemaña, Suecia, Holanda, Dinamarca, Bélxica e Austria), que decidiron no seu momento incrementar a recuperación enerxética, con valores entre o 35 e o 54
% dos residuos urbanos xestionados, o que lles permitiu eliminar practicamente a opción de vertido, resultando este inferior ao 4 %. En España, pola contra, a valorización enerxética limítase ao 10 %, disparándose as taxas de vertido ata o 60 %. A valorización enerxética constitúe, ademais, un notable apoio para o cumprimento dos obxectivos proclamados pola Unión Europea en relación aos residuos urbanos, e que fundamentalmente pasan por acadar, como mínimo, o reciclado do 50 % en peso antes de 2020, e diminuír o uso do vertedoiro, limitando a un máximo do 35 % a cantidade de materia biodegradable a depositar no mesmo. As vantaxes sobre o vertido son evidentes, podendo destacar, entre outras, que non precisa de grandes extensións de terreo, pesando sobre a mesma un rigoroso e exhaustivo control ambiental derivado da lexislación aplicable, moito máis estrita que a que rexe para os vertedoiros e outras infraestruturas industriais, sendo tamén menores as emisións de efecto invernadoiro. O sistema contribuiría igualmente a reducir a dependencia enerxética exterior de España e o seu alto custo económico. E é que, segundo cifras do 2013, España estaría asumindo na balanza comercial un déficit anual de case 41.000 millóns de euros pola compra de enerxía que non somos capaces de xerar de forma autosuficiente. Estímase en 26,3 euros de aforro por
O estudo íntegro está dispoñible na páxina web de SOGAMA: www.sogama.es
cada MWh de enerxía eléctrica procedente destas instalacións, o que significaría un considerable empuxe cara a prezos de electricidade máis competitivos Desde a perspectiva social e económica, cabe dicir que a valorización enerxética xera anualmente ingresos por importe de 273 millóns de euros e un valor engadido bruto de 90 millóns, posibilitando máis dun milleiro de postos de traballo. Estas cifras poderían duplicarse no 2020 se España apostase realmente pola recuperación enerxética da parte non reciclable, coa particularidade de que as instalacións de
valorización xeran tres veces máis investimento que os vertedoiros, o que derivaría nunha maior capacidade de xeración de actividade económica. Trala análise pormenorizada de todos os aspectos de interese, o estudo recoñece a alta controversia ambiental que historicamente chegou a producir a actividade das plantas de recuperación enerxética, apuntando á necesidade de que o sector se esforce e implique, desde a máis absoluta transparencia, en tarefas informativas e formativas nas que se explique, con absoluta claridade, as súas múltiples vantaxes.
Crónicas - Outubro 2015
6
Actualidade CERCEDA
COMARCA Entre A Gándara e Fálmega en Oroso e en Vista Alegre (Galegos, Frades)
Eliminan o tope de 100.000 euros da taxa de licenzas de obras
Frades e Oroso contarán con novas sendas peonís en estradas provinciais
O pleno de Cerceda decidiu por unanimidade un cambio na ordenanza fiscal de expedición de licenzas que favorecerá o Concello en obras dun elevado investimento. A taxa é dun 2% sobre o orzamento de execución, pero ata agora o máximo que podía cobrar o Concello eran 100.000 euros. O cambio elimina este tope. En palabras do alcalde, José García Liñares (PSOE), había “un límite autoimposto que nos podía prexudicar e por eso eliminámolo, porque estamos aquí para defender o Concello”. Na mente do pleno está a ampliación de Sogama como un dos primeiros proxectos ao que lle afectará a modificación. Francisco Santos (PP) estimou que en vez dos 100.000 euros chegarán a cobrar uns 400.000. Dubidou de se faría falta un informe xurídico para o cambio, e o rexedor confirmoulle que non. Rocío da Igrexa (BNG) concordou en non perdoarlle tributos ás grandes empresas e suxeriu bonificacións para vivendas particulares ou granxas.
ORDES
Ordes conmemora o Día das Bibliotecas coa presentación dun libro e cunha exposición Ordes celebra o Día das Bibliotecas, este sábado 24 de outubro, cun programa de actividades no que destaca a presentación dun libro e unha exposición. O libro que se presentará é “El inmenso mar de los olvidados”, da autoría do ordense José Jacobo Ríos. O acto será este xoves 22 (20 horas) na propia biblioteca municipal e está previsto que o autor asine exemplares e manteña encontros coas persoas interesadas na súa creación e na súa actividade dentro do colectivo literario e artístico coruñés ‘In Nave Cívitas’. O venres 23, abrirá as portas a mostra de obras cedidas polo Ministerio de Cultura con motivo da concesión do último premio María Moliner á biblioteca de Ordes. Trátase dunha ampla colección que supera o centenar de referencias de libros destinados a todo tipo de públicos. Nesa mesma xornada, ás 18 horas, ofrécese o contacontos ‘O soño do rato’, para nenos e nenas maiores de tres anos.
A Deputación da Coruña deulles luz verde a dous investimentos en sendas peonís en estradas provinciais ao seu paso por Frades e por Oroso. En conxunto, suporán o investimento duns 380.000 euros. O proxecto de maior contía é o que se acometerá en Oroso. Son uns 229.000 euros para unha senda peonil na estrada DP 3801, a que vai de Sigüeiro a Vilarromariz. En concreto, intervirase entre os quilómetros 2,19 e 3,28. Comunicarase así o remate da senda actual na intersección de acceso á urbanización Porto Avieira coas proximidades do lugar de Fálmega. A senda discorrerá pola marxe dereita da estrada, en dirección Vilarromariz. Disporá dunha anchura de dous metros e nalgúns treitos estará dotada cunha baranda de madeira para garantir a seguridade. O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, amosouse satisfeito pola aprobación do proxecto: “levamos moito tempo loitando por el, pero o anterior goberno do PP na Deputación
cutar este tipo de infraestruturas nas parroquias de Oroso, Senra e Deixebre, nestes casos con cargo aos orzamentos municipais dos vindeiros anos.
Zona onde comezará a senda de Oroso
non o admitiu en catro anos”, asegura. Mirás agradece a consideración do novo goberno provincial para darlle resposta á demanda veciñal. O rexedor de Oroso asegura que continúa tendo presente a necesidade de máis sendas peonís noutros puntos do municipio. Manuel Mirás mantén o seu compromiso de exe-
EN GALEGOS En canto ao andén peonil de Vista Alegre, en Galegos (Frades), a Deputación explicou que está valorado en case 150.000 euros. Cunha lonxitude próxima a un quilómetro, terá unha anchura de 1,80 metros e irá separado da estrada cun borde de formigón. Ubicarase na marxe esquerda da estrada DP 3802, en dirección á Ponte Carreira. O alcalde de Frades, Roberto Rey, agradeceu que o novo goberno da Deputación “respectase o proxecto” que, segundo el, xa fora aprobado en comisión no pasado mandato, cando Diego Calvo presidía a entidade provincial. Rey destaca que o andén será moi beneficioso para a poboación e afirma que seguirá reclamando outras dúas sendas que lle vén pedindo á Deputación desde hai anos.
MESÍA OROSO
O PP acusa ao goberno local de “ningunear” a oposición
O executivo asegura que contestou todas as preguntas e non impediu intervir
O pleno ordinario do mes de setembro en Oroso derivou nun cruce de críticas entre o PP, principal grupo da oposición, e o goberno municipal, do PSOE. A dereita asegura que o alcalde “ningunea” a oposición por “non debatir as mocións e non contestar as preguntas en pleno”. O portavoz do PP, Alexander Doval, acusa a Manuel Mirás de “falta de talante e educación”.
O goberno, en cambio, explica que contestou a todas as preguntas que lle formularon e non impediu ningunha intervención. As mocións do PP, sobre o apoio a unha familia á que se lle incendiou a vivenda, sobre a unidade de España, sobre a acollida de refuxiados e sobre o consumo de leite, non superaron o trámite de urxencia para seren debatidas, pero si foron faloradas polos distintos grupos.
Aberto o prazo para solicitar axudas ao transporte de estudantes ata este 31 de outubro O Concello de Mesía recolle ata o 31 de outubro as solicitudes de axudas para o transporte escolar do curso 2015-2015. Cun orzamento total de 5.400 euros, poden chegar ata 250 euros por beneficiario. Poden solicitar estudantes residentes no municipio, que cursen estudos de bacharelato ou formación profesional cun título homologado fóra dos límites do concello. Os beneficiarios non poden ter máis de 25 anos e deben estar censados en Mesía cun mínimo dun ano de antigüidade. As solicitudes deben acompañarse cunha serie de documentación identificativa e acreditativa da situación socioeconómica da unidade familiar. As solicitudes serán puntuadas en función do número de integrantes da unidade, os seus ingresos económicos, posibles situacións de discapacidade e a distancia desde o domicilio ata o centro de estudos. A convocatoria establece que o Concello pagará as axudas antes de que remate o ano.
Crónicas - Outubro 2015
7
ACTuAlIDADE TORDOIA Reduce os tipos da contribución urbana e do imposto de obras e rebaixa un 10% a taxa do lixo
O goberno aproba unha rebaixa en tres tributos O goberno de Tordoia, liderado por Antonio Pereiro, aprobou unha xenerosa rebaixa de tres tributos, que obtiveron o respaldo do seu grupo, o PP, e a concelleira do BNG, mentres que o PSOE preferiu absterse. A primeira decisión consiste en reducir o tipo de gravame do Imposto de Bens Inmobles (IBI) de natureza urbana do 0,48 ao 0,4% do seu valor catastral, o mínimo legal. A rebaixa da contribución urbana é, pois, do 16%. A rústica segue no 0,9 e os
bens especiais no 1,3. A maiores establécese unha bonificación do 50% para inmobles dedicados a actividades agrarias e gandeiras, que terá que ser solicitada polo contribuínte. A baixada no tipo da contribución urbana servirá dalgún xeito para compensar a posta ao día dos valores catastrais, que se fixera por última vez en 1994 e que depende exclusivamenteo do Ministerio de Hacienda. “O Concello o único que pode facer é baixar os tipos a aplicar”, tal
como precisou o alcalde en pleno. Outro imposto que se reduce é o de construcións e obras. O tipo de gravame pasa do 2,5 ao 2% do custo real e efectivo da execución material da construción, instalación ou obra. A tarifa mínima é de 60 euros e a obriga de pagar o imposto nace no momento de iniciar a construción, aínda cando non se tivese a correspondente licenza, tal como recolle a ordenanza fiscal. E finalmente, a rebaixa que máis
beneficiarios vai ter é a da taxa do lixo, un 10% en todas as cotas. Deste xeito, as cotas anuais por vivenda serán de 66,15 euros. No caso das vivendas con negocio, queda en 83,19 euros. Os aloxamentos pagarán 409,55 euros, mentres que negocios comerciais pagarán 321,81 euros se superan os 200 metros cadrados e 133,10 se non. Esta mesma contía aplícase a locais de restauración. Outros negocios como bancos e grandes almacéns pagan 409,55 euros.
FRADES
OROSO
Gastan outros 40.000 euros na praza da feira da Ponte Carreira
O Concello adquire un novo tractor con pa e desbrozadora
Constrúen un tramo de beirarrúa e unha canalización de augas
O novo tractor permite que Oroso siga contando con dous equipos de desbroce
A praza do mercado da Ponte Carreira vive a segunda fase da súa remodelación, na que ata finais deste mes se invisten uns 40.000 euros. Tres cuartas partes proveñen de fondos europeos cedidos nunha subvención autonómica. Os traballos consisten principalmente na construción dun novo tramo de beirarrúas e unha
O Concello de Oroso estreou xa un novo tractor, equipado con pa cargadora, desbrozadora de pluma e trituradora lateral, para as tarefas de mantemento e limpeza das estradas municipais. O equipamento tivo un custo de case 71.000 euros, segundo explica o goberno municipal. Reempraza o anterior tractor, con ca-
canle de recollida de augas pluviais, ademais do axardinamento da zona, que os días 12 e 26 acolle a feira da capital municipal. A directora xeral de Comercio, Sol Vázquez, e a delegada provincial da Xunta, Belén do Campo, visitaron a execución da obra, acompañadas polo alcalde, Roberto Rey, e o concelleiro Manuel Ferreiro.
Se queres un recordo especial e diferente da tua voda:
torce anos de servizo e varias avarías recentes, e sen apeiros tan polivalentes como os do novo. No acto de entrega da maquinaria participaron o alcalde, Manuel Mirás, e o xerente de AgroBarreiro SL, acompañados polos concelleiros Eduardo Veiras e Antonio Leira e polos operarios que traballarán co tractor.
Séguenos
Promoción especial para as parellas que contraten antes do 31 de decembro de 2015
Pídenos presuposto sen compromiso
8
Crónicas - Outubro 2015
Actualidade COMARCA
OROSO Doval critica “anomalías” e Mirás pídelle que “aprenda a ler os informes”
A Mancomunidade de Ordes ingresou 8.500 euros máis dos que gastou en 2014
A conta xeral do ano pasado ocasiona unha nova lea entre o goberno e o PP
Sesión plenaria da Mancomunidade
8.500 euros máis de ingresos que de gastos. Así rematou o exercicio 2014 a Mancomunidade de municipos da comarca de Ordes, segundo a conta xeral aprobada no pleno da entidade a comezos deste mes de outubro. O remanente de tesourería en decembro pasado era de 400.000 euros, segundo indicaron. Á sesión plenaria asistiron os alcaldes dos sete Concellos que compoñen o organismo: Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo. Aseguran que o exercicio financeiro do ano pasado rematou “sen ter rexistrada ningún tipo de débeda”.
A conta xeral de 2014 en Oroso, o documento que resume o estado financeiro do Concello durante o exercicio, motivou unha diatriba entre o goberno de Manuel Mirás (PSOE) e o PP, principal formación da oposición, liderado por Alexander Doval. O goberno divulgou que a conta recolle que rematou o ano pasado cun superávit de 471.000 euros, un remanente de 48.000 euros, seis puntos de redución da débeda viva ata o 20,6% e “unha das presións fiscais máis baixas de toda España”, de 304,5 euros fronte á media galega de 386 e a española de 516 euros. Para Mirás, supoñía unha mostra de “rigor na xestión económica” que permite “manter e mesmo incrementar servizos sen aumentar impostos e taxas”. En cambio, Alexander Doval cre que o executivo pinta un panorama “idílico” que non se corresponde coa realidade. Segundo o líder do PP, o alcalde “mente descaradamente” cando afirma que Oroso ten unha presión fiscal baixa, posto que os veciños “poden comprobar o que se
está pagando nos Concellos da comarca”, di. Botando man do informe da Intervención municipal, Doval sinala que a autonomía fiscal, a proporción de tributos propios no total de ingresos, está por debaixo da media de concellos de poboación semellante. Sitúase no 49,73%, fronte á media española do 54,36% en municipios parecidos en toda España. O PP tamén apreza un “excesivo uso do contrato verbal” por parte do goberno de Mirás. Din que se adxudicaron 705.000 euros por esta vía, que para a dereita “suprime a liberdade de concorrencia e polo tanto a eficiencia no gasto”. Outra crítica do principal grupo da oposición é a relativa á política de persoal. Cita en concreto o caso “anómalo” do arquitecto técnico municipal, que está cobrando do Concello “mediante factura, pese ás reiteradas advertencias de Intervención”. O procedemento de contratación de cinco peóns é tamén mellorable para o PP, que demanda que o executivo
ORDES O departamento de Tesourería constata prácticas pouco exemplares
O derradeiro exercicio de Regos rematou en positivo pero con tachas dos técnicos O Concello de Ordes rematou as súas contas de 2014 cun resultado orzamentario positivo de 187.642 euros e cun remanente para gastos xerais de case 1.214.000 euros. A administración local contaba á fin do exercicio, o derradeiro completo do goberno de Manuel Regos (UxO), cunha capacidade de financiamento de 1.126.000 euros. Segundo os técnicos municipais, cumpríronse as condicións de gasto, límite da débeda e período medio de pagamento. A conta foi aprobada en pleno co apoio de UxO e do PSOE, que no pasado mandato estivo formalmente na oposición pero na práctica considerado un aliado do executivo de Regos. O BNG opúxose e o PP, responsable actual do goberno do Concello, optou pola abstención. Malia que os indicadores financeiros presentan unha tendencia positiva, o informe técnico do departamento municipal de Tesourería, divulgado en parte polo actual goberno, tamén constata diversas prácticas pouco exemplares.
A conta xeral de 2014 tivo o si de UxO e PSOE, o non do BNG e a abstención do PP
Entre as tachas técnicas, obsérvase que habitualmente non había propostas de gasto previas, que se produce unha situación de prórroga tácita de contratos establecidos durante anos, ou que se utilizou de maneira “abusiva” a figura do contrato menor, co cal o goberno ten máis capacidade de elixir a quen contrata, sen necesidade de levar o procedemento ao pleno.
Tamén, segundo o informe, abundaban facturas con conceptos xenéricos que non detallanos traballos realizados, carecíase a miúdo de memorias, proxectos e certificacións técnicas, ou outorgábanse subvencións “sen cumprir coas previsións legais e a entidades que non xustifican as percibidas”. Un caso de descoñecemento de ingresos e gastos foron as festas patronais de 2014.
licite os servizos de fontanería, combustible, xardinería e carpa municipal. A réplica do alcalde non tardou, acusando ao PP de falta de seriedade e recomendándolle “que aprenda a ler os informes de Intervención, salvo que a súa intención sexa seguir mentíndolle á cidadanía”. Manuel Mirás asegura que Doval “confunde contrato menor con contrato verbal” e defende a total legalidade dos 705.000 euros adxudicados en contratos menores. Pon o exemplo da reparación dun tractor, que se saíse a licitación remataría a tempada de desbroces parado e co contrato menor pode volver ao traballo en breve. O alcalde declara tamén que a autonomía fiscal do Concello medrou nos últimos anos, e acusa ao PP de querer subir as taxas e os prezos das actividades para equilibrala coa española. Tamén insiste nos datos “por moito que lle molesten ao señor Doval” para reiterar que os niveis de presión fiscal son baixos e o balance das contas positivo.
Avalían efectuar unha auditoría externa sobre as finanzas e as obras do Concello A posibilidade de efectuar unha auditoría externa sobre as finanzas do Concello está sobre a mesa. O BNG propuxo esta tarefa no último pleno, retomando un acordo plenario, se ben a petición non chegou a votarse porque se vai valorar se se inclúe no estudo unha auditoría técnica “para ver se as obras executadas se axustan aos cartos investidos”. O acordo para realizar a auditoría económica data xa de xullo de 2011, pero nunca se cumpriu. Segundo Pablo Vidal, concelleiro do BNG, foi debido “a unha práctica nada democrática do anterior goberno municipal”, con diversos acordos. Os nacionalistas lembran que nos dous últimos mandatos o Concello atravesou un “grave desequilibrio económico”, aproximándose a nove millóns de débeda e con dificultades ata para poder aceptar subvencións externas.
Crónicas - Outubro 2015
9
Actualidade COMARCA Con vinte participantes, desenvólvese ata marzo nos municipios de Frades, Ordes e Trazo
Un obradoiro de emprego prepara locais públicos Xa se está desenvolvendo o obradoiro de emprego impulsado polos Concellos de Frades, Ordes e Oroso, que servirá para formar vinte persoas en total durante seis meses, ata marzo do vindeiro ano. As especialidades que se imparten, coa antiga estación da Pontraga como sede formativa, son as de fábrica de albanelería, de pintura decorativa en construción, e de actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería. Os alumnos e traballadores teñen previsto traballar na rehabilitación da casa rectoral de Santa María de Chaián (Trazo), no acondicionamento do local social da Rúa Galicia (Ordes), e nos locais sociais das parroquias de Ledoira e Papucín (Frades). O obradoiro conta cun investimento de 180.000 euros. Os alumnos e traballadores, que ata agora estaban en situación de desemprego, reciben formación teórica e práctica, e ao remate accederán a un certificado de profesionalidade homologado. Nas primeiras semanas do obradoiro, ao que denominaron ‘Terras de Trastámara’, recibiron a visita da entón conselleira de Traballo e Be-
Participantes no obradoiro, equipo directivo e docente e cargos políticos, na visita de Beatriz Mato ao obradoiro de emprego
nestar, Beatriz Mato, acompañada pola delegada provincial da Xunta, Belén do Campo, e da directora xeral de Emprego, Ana María Díaz. A representación do Concello de Ordes na vi-
sita estivo encabezada polo alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, mentres que por Frades acudiu o seu homólogo, Roberto Rey, e por Trazo o concelleiro José Manuel Castiñeiras.
ORDES O servizo interrómpese na zona da Grela cando a mateoroloxía e adversa
Instarán a Fenosa a revisar a liña eléctrica que falla a miúdo en Parada O pleno de Ordes aprobou por unanimidade a proposta presentada polo PSOE de demandarlle á empresa Unión Fenosa que revise a liña de media tensión que leva o servizo eléc-
trico á zona da Grela, na parroquia de Parada. Aseguran os socialistas que “con frecuencia prodúcense avarías, sobre todo cando as condicións meteorolóxicas non son boas”. Por iso,
consideran que urxe a solución a tal deficiencia no servizo. A veciñanza da zona xa presentou unha queixa en maio ante a empresa, sen resposta. Despois acudiron
Martínez Sanjurjo animou aos participantes a “aproveitar esta oportunidade para mellorar o currículo e acadar así maiores oportunidades no eido laboral”. á Xunta, que abriu un expediente. O acordo plenario contempla pedirlle á Consellería que o tramite con rapidez, sen deixar pasar os tres meses de prazo que implicarían desestimar as peticións veciñais. Á empresa tamén se lle pide que informe ao Concello de Ordes dos motivos técnicos que causan as interrupcións no servizo.
Crónicas - Outubro 2015
10
Actualidade OROSO O Concello remata as beirarrúas de acceso á gardería da Ulloa e o PP bota en falta as da N-550
Beirarrúas que xa hai, beirarrúas que aínda faltan
Últimas tarefas para as beirarrúas entre a rotonda da N-550 e a gardería municipal
O PP pide beirarrúas na esquerda da N-550, e o Concello di que agora ten permiso
Os políticos de Oroso falaron moito de beirarrúas nas últimas semanas, tanto das que xa están construídas como das que aínda non están nin comezadas. O PP pediulle ao goberno local que “cumpra co compromiso adquirido hai máis dun ano e constrúa as beirarrúas na N-550”. Refírese ao tramo situado á esquerda (entrando en Sigüeiro cara á Santiago), entre a rotonda e a Alameda de Góis. Se-
O executivo respondeu acusando de “alarmista” ao PP. Manuel Mirás, alcalde, precisou que o seu compromiso se limitaba ás beirarrúas entre o colexio e a rotonda. “Coas beirarrúas da N-550 -di- sempre dixemos que dependería de cando tiveramos a autorización de Fomento”. Ese permiso chegou hai unhas semanas ao Concello, despois de que o proxecto fose sometido a varias adaptacións, por indicación do Mi-
gundo o PP, o alcalde comprometerase a ter rematadas estas beirarrúas xa en setembro do ano pasado e “un ano máis tarde, o único que temos é a pais e a nenos camiñando pola beiravía e poñendo en perigo a súa seguridade todos os días”, tal como asegura o portavoz do principal grupo da oposición, Alexander Doval, que agrega que “poderá botarlle a culpa a quen queira, pero el foi o que se comprometeu a realizar esta obra”.
nisterio. O Concello agarda licitar as obras “canto antes”. Unha varanda separará a N-550 das beirarrúas. Non haberá paso de peóns con semáforo, como nun principio pretendía o Concello pero Fomento rexeitou, obrigando tamén a resituar outro paso. Por outra parte, o Concello si deu por concluídas as beirarrúas e o novo alumeado da rúa da Ulloa, nos accesos á gardería municipal. O proxecto tivo un custo de 60.000 euros.
ORDES
FRADES
Rematada a obra na Rúa do Parque, que custou 50.000 euros
O Concello gastou o 86 % do diñeiro que prevía en 2014
O pleno aprobou tamén unha ordenanza para regular os prezos públicos
As beirarrúas cambiaron o pavimento e fixéronse máis accesibles
Remataron as obras de remodelación da Rúa do Parque, en Ordes, nas que se investiron uns 50.000 euros, dos que un 80% proviñan de fondos europeos aprobados pola Xunta para o proxecto municipal. A iniciativa consistiu en construír unha nova beirarrúa con rampa, coa que se eliminaron as
escaleiras existentes nos accesos a varios soportais e facilitar así o paso de persoas con dificultades de mobilidade. Tamén se mellorou o pavimento da beirarrúa que rodea o parque Félix Rodríguez de la Fuente, polo lado do Recreo, e repintouse a estrada. Durante a execución das obras houbo que limitar o tráfico.
O Concello de Frades gastou o 86% do diñeiro que prevía en 2014, e ingresou o 83% do que contemplara no orzamento. Así o recolle a conta xeral de 2014, aprobada nun recente pleno extraordinario co voto a favor do PP e a abstención do BNG. Para o concelleiro Manuel Ferreiro, encargado da tesourería, os datos “demostran que se está facendo unha política de estabilidade sen descoidar o investimento”. O remanente a final de
ano era de case 74.000 euros e a liquidez en bancos de case 242.000. Co si do PP e o non do BNG, a mesma sesión aprobou unha ordenanza sobre os prezos públicos do Concello, da que ata agora se carecía. A competencia para establecelos e varialos será da xunta de goberno. O alcalde, Roberto Rey, precisou que non afectará aos prezos das actividades, nin ás gratuítas: “simplemente regulamos o procedemento”, asegura.
Crónicas - Outubro 2015
11
Actualidade ORDES O goberno municipal asegura que trata de “articular unha solución” con apoio político e social
O CEIP do Mesón e o IES Maruxa Mallo, sen resposta A Xunta de Galicia continúa sen darlle unha resposta positiva ás reivindicacións da comunidade escolar do CEIP do Mesón do Vento, no que se fusionaron os cursos de quinto e sexto de primaria por non cubrir a xubilación dun docente. O goberno local de Ordes asume que a decisión “axústase á norma aplicada desde a xefatura”, pero remarca que “non a comparte e trata,
na medida das súas posibilidades, e co apoio dos restantes actores políticos e sociais, de articular unha solución”. O executivo ordense sitúa como causa de fondo “o declive demográfico xeral, ao que o noso medio rural non é alleo” e que fixo que o centro perdese alumnado. Por iso, tamén demanda ampliar a área de escolarización do colexio do Mesón para in-
crementar a matrícula e “ao mesmo tempo rebaixar a presión sobre do CEIP Castelao”, na vila. En canto ao colexio Campomaior, desde o Concello aseguran que si foi atendida a demanda dun mestre especialista. Algo que non sucedeu no IES Maruxa Mallo, onde recentemente se restaron tres mestres e de momento a Consellería non aceptou recuperar cando menos un deles.
E no relativo ás instalacións, o goberno de José Luis Martínez Sanjurjo lembra que as do colexio do Mesón do Vento foron melloradas nos últimos meses. No IES Maruxa Mallo, anticipa que a unidade técnica do departamento autonómico de Educación xa coñece “a necesidade de acometer obras de mellora das condicións actuais das aulas”, con problemas de climatización.
ORDES
TORDOIA
Seat entrega un coche para a aprendizaxe de mecánica en FP
Examinan as pistas reparadas nun plan cuns 110.000 euros
O Exeo servirá de apoio ás prácticas de aprendizaxe do ciclo de Automoción
A delegada da Xunta con integrantes do goberno municipal de Tordoia
A empresa Seat entregoulle un dos seus vehículos, modelo Exeo, ao IES-1 de Ordes, para ser utilizado na formación do alumnado de FP de Automoción. A entrega enmárcase na colaboración que mantén a empresa automobilística, en Ordes encarnada por Talleres Soneira, coa Consellería de Educación. Asistiron ao acto de entrega o
A delegada provincial da Xunta, Belén do Campo, xunto ao alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro, e outros integrantes do goberno local, visitaron varios camiños da zona arranxados nun plan financiado con fondos europeos, estatais, autonómicos e provinciais. Ao municipio de Tordoia correspondéronlle case 110.000 euros nesta iniciativa.
G
secretario xeral de Educación, Manuel Corredoira; o director do IES, Juan Fernández Porto; o xefe do departamento de Automoción do centro, José Manuel Carabel; o delegado de postventa de Seat, Juan Carlos González; Carlos e Roberto Soneira en representación de Talleres Soneira; e integrantes do goberno de Ordes, encabezados polo alcalde, José Luis Martínez.
Os tramos mellorados, que superan os seis quilómetros de longo en conxunto, son os camiños de Mordón a Nogueira (Bardaos); de Capador e a igrexa de Tordoia (Cabaleiros); de Paradela e Abongo (Leobalde); na Balsa, en Pontepedra; e da Tarroeira (Castenda). Melloras de firme, limpeza e perfilado de cunetas ou sinalizacións foron algunhas das tarefas acometidas.
Marcos Guerra Mengual Bernardo Guerra González
A CORUÑA c/ Asturias, 9 Lunes o Viernes - 11:00 a 13:30
ABOGADO - GRADUADO SOCIAL
CARBALLO c/ Fomento, 16 Entrs. Jueves - 11:00 a 13:30
G
ASESORÍA JURÍDICA
PREFERENTES
PENSIONES
SEPARACIONES
SEGURIDAD SOCIAL
CIVIL / HERENCIAS
Telf. 981 150 128
ORDES Rúa Compostela, 16 bajo Miércoles - 11:00 a 13:30
Fax 981 246 789
12
Crónicas - Outubro 2015
Economía LEITE Desde novembro, presionarán a industrias e distribuidoras que non cumpran
Os gandeiros xa contemplan volver á rúa ante os tibios avances no acordo Varias semanas despois de asinar o Ministerio de Agricultura o acordo sobre o sector leiteiro, ao que se sumaron as empresas envasadoras e distribuidoras e que rexeitaron todos os representantes dos produtores menos o grupo Xóvenes Agricultores, as mobilizacións dos Gandeiros volven estar sobre a mesa. O motivo é que o cumprimento dos acordos practicamente non avanza, e os pasos que se van dando, sobre un acordo que xa de por si consideran insuficiente, son moi tibios. O coordinador da Organización de Produtores de Leite (OPL), Anxo Escariz, afirmou que “seremos nós mesmos os que fagamos cumprir o acordo”. De non ver avances máis claros nos vindeiros días, contemplan novas medidas de presión sobre os primeiros compradores, a industria e a distribución a partir do 5 de novembro. De momento, non concretaron nin a tipoloxía nin o alcance das accións. Os produtores manteñen que os prezos teñen que situarse por riba
dos 32 céntimos de euro por litro, considerado o limiar para que a actividade gandeira sexa rendible. Polo de agora nos escasos novos contratos que se formalizaron non se está chegando ata ese importe. Á espera de que entre as industrias haxa máis acción, no ámbito da distribución si se deron algúns pasos máis, co incremento dos prezos de venda. En todo caso, falta que se publique o decreto que permita saber o prezo de cesión da industria á distribución, o que á súa vez facilitará saber con máis tino que proporción desa suba podería trasladarse ata os Gandeiros. Así as cousas, desde a OPL explican que reunirán información de todos os incumprimentos que observen e vixiarán se o Goberno central serve ou non de garante para facer valer o acordo. E entre os sindicatos agrarios impera o escepticismo porque non perciben mellora algunha. No que respecta ás axudas, Unións Agrarias divulgou que no Ministerio barallan pagarlles a todas as explotacións en decembro, mes
electoral, un céntimo de euro por litro de leite entregado entre os meses de abril e xullo. O tope sería de 50.000 euros por explotación. Sería unha axuda sen solicitude. A axuda por vaca, que se pode pedir en dez días hábiles desde o 19 de outubro, será de 110 euros por vaca para quen cobrou o leite a menos de 28,5 céntimos e de 300 por res para que non chegou aos 25,9 céntimos por litro.
Ángeles Vázquez era ata agora alcaldesa de Melide
Nova conselleira, só de Medio Rural Rosa Quintana foi a primeira vítima política das mobilizacións dos Gandeiros. Na crise de goberno que serviu para destituír a anterior conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, aproveitou para retirarlle as competencias de Medio Rural a Quintana e deixala unicamente á fronte da área de Mar. Para liderar a nova Consellería, incorporou ao goberno autonómico a Ángeles Vázquez, ata entón alcaldesa de Melide. No sector valoraron que o sector agrogandeiro e forestal volva ter un departamento propio e tamén a vinculación de Vázquez co mundo rural. Pero tamén se alzaron críticas pola súa actitude durante as tractoradas, negándose a apoialas como si fixeron outros alcaldes, tamén do PP, a mesmo acudindo a unha sesión vermú cando os Gandeiros do seu municipio protestaban contra a ruína.
INDUSTRIA González Formoso inicia en Oroso unha xira de visitas a diversas empresas da provincia coruñesa
O presidente da Deputación visita Vegalsa e Gamesa O presidente da Deputación da Coruña, o socialista Valentín González Formoso, iniciou en Oroso unha xira de visitas a empresas da provincia. En concreto, achegouse ata as instalacións das empresas Vegalsa e Gamesa, no polígono industrial de Sigüeiro. Estivo acompañado polo alcalde, Manuel Mirás, o concelleiro e deputado provincial Antonio Leira, e varios integrantes do goberno local. En Vegalsa, foron recibidos polo director de Loxística, Fernando Casal, e a directora de Relacións Institucionais da empresa, Gabriela Fernández. Tiveron ocasión de coñecer a plataforma loxística da compañía, que ocupa uns 32.000 metros cadrados e move a diario máis de 4.000 palés de mercadorías para abastecer uns 270 establecementos propios e franquiciados en Galicia, Asturias e Castela e León, das marcas Eroski Center, Eroscia City, Familia e Aliprox. Vegalsa creo en Oroso 270 postos de emprego especializados, tal como puxo de manifesto o seu responsable de Loxística da que é a maior plataforma de mercadorías xerais que existe na actualidade en Galicia. Esa xeración de emprego e de riqueza no
municipio e no conxunto da comarca foi recoñecida polas autoridades provinciais e locais. “É un motivo de orgullo para a provincia dispoñer de plantas como esta”, manifestou González Formoso, quen lembrou que Vegalsa-Eroski en Galicia emprega unhas 5.100 persoas e factura preto de mil millóns de euros. En Gamesa, os políticos observaron as tarefas de reacondicionamento de grandes compoñentes de turbinas eólicas. O xerente da planta, Rubén Carranza, expuxo durante a visita que a empresa dálle emprego en Sigüeiro a máis de 60 persoas e está considerada o maior centro de reparación de trens de potencia ou ‘multiplicadoras’ de aeroxeradores. Nos últimos catro anos, superan as 1.500 reparacións. Carranza detallou que a compañía foise especializando progresivamente neste tipo de operacións, que presentan unha elevada complexidade técnica, posto que se trata de máquinas que pesan ata 40 toneladas e as súas engranaxes repáranse con precisións de reloxería de entre tres e catro micras, inferiores ao espesor dun pelo humano.
Visita á nave de Vegalsa
Visita ás instalacións de Gamesa
González Formoso gabou en Gamesa a “capacidade de reinventarse e especializarse para orientar o seu nicho de negocio na reparación destas pezas”. A sinatura de Gamesa figura no 70 % dos aeroxeradores de Galicia. Nos 21 anos de experiencia, a empresa leva instalados 33.000 MW de potencia e figura entre os líderes tecnolóxicos globais da industria eó-
lica, con presenza en 54 países. O alcalde amosouse “satisfeito e impresionado polo gran nivel que teñen as empresas implantadas en Oroso”, e valorou a que co seu emprego fan medrar o municipio, pero tamén a colaboración na vida sociocultural da zona, patrocinando e colaborando en actividades culturais e eventos deportivos.
Crónicas - Outubro 2015
13
Economía CERCEDA Ven innecesario o ERE de extinción e defenden os seus empregos
ORDES
Empregados de Sumtec esixen cobrar
Segue aberto o conflicto laboral na estación de servizo de Cepsa en Leira
Concentración dos traballadores e traballadoras ante o Concello de Cerceda para demandar o cobro das nóminas atrasadas
Decenas de empregados e empregadas da empresa Sumtec, dedicada á fabricación de cubertas tipo sandwich, portas e ventas, e con instalacións no polígono industrial do Acevedo (Cerceda), mobilízanse contra a grave situación laboral que atravesan. A compañía, en concurso de acredores voluntario desde hai uns meses, non lles paga desde outubro de 2014. E o administrador concursal
designado polo xulgado do mercantil da Coruña optou por aplicar un ERE de extinción que implica o despedimento de todos os traballadores. Ademais das protestas regulares que protagonizan fronte á nave da empresa, tamén promoveron unha marcha a pé para concentrarse ante o Concello e pedir o apoio da corporación local e da veciñanza. Queren poñer de manifesto que “traballamos e non cobramos” e acusan de “pre-
FORESTAL
A metade do territorio galego é superficie forestal arborada Preto da metade dos tres millóns de hectáreas de Galicia son superficie forestal arborada, que produce uns sete millóns de metros cúbicos de madeira ao ano. Deste xeito, en Galicia córtase practicamente o 50 % da madeira de toda España. Pertence a uns 50.000 propietarios e estímase que supón uns ingresos de 250 millóns de euros. Os datos deunos a coñecer a Con-
sellería do Medio Rural na presentación dunha Sociedade de Montes Sostibles no concello coruñés de Outres. A conselleira, Ángeles Vázquez, afirma que “somos unha Comunidade forestal e queremos seguir séndoo”. O departamento autonómico resalta tamén a conveniencia de que se avance na creación de sociedades de fomento forestal para mellorar a xestión dos montes.
potencia e absoluto desinterese” ao empresario e ao administrador concursal. Ven “innecesario” o ERE e temen que a falta de información sobre a carga de traballo futura e sobre o estado de contas de Sumtec sexa “unha manobra premeditada do empresario para desviar fondos a outras empresas da súa propiedade co obxecto de pechar as súas instalacións de Cerceda”, tal como aseguran nun escrito.
O conflicto laboral na empresa Ponpresa, que explota as estacións de servizo de Cepsa en Leira (Ordes), continúa aberto. Os traballadores e traballadoras, que desde finais de abril iniciaron unha folga indefinida, aseguran que non se dá chegado a un acordo entre eles e o administrador único da compañía, Fernando Martínez, para o cobro dos salarios adebedados e para concretar “un plan viable para manter a estación de servizo aberta”, din. As negociacións, segundo a mesma fonte, estábanse producindo con quen “din chamarse inversores” alleos á empresa, pero dos que descoñecen a relación contractual con Ponpresa. En todo caso, o diálogo está “estancado” porque os empregados non ven unha “solución definitiva”. As gasolineiras funcionan esporadicamente con traballadores que non pertencían ao plantel de Ponpresa e con escasez de combustible en determinado momentos.
Crónicas
O mellor escaparate para o teu negocio. Anúnciate connosco:
617 917 130 / cronicas.comarcadeordes@gmail.com PRAZAS LIMITADAS
¡¡¡¡APÚNTATE!!!!
CURSOS DE MASAJE PROFESIONAL
Nueva gerencia
Lugar de Orro, 100 CULLEREDO
680 509 760
CLASES TEÓRICO-PRÁCTICAS PLAZO DE MATRÍCULA ABIERTO
EN CERCEDA 651 421 118
14
Crónicas - Outubro 2015
xente dE aquí ORDES
ORDES
Ardemil acolleu unha nova entrega da Xuntanza Cabalar
Un cabalo de Cabaleiros de Ardemil, campión galego
O cabalo Ardemil reúne unhas extraordinarias cualidades para a hípica
As probas, exhibicións e competicións sucedéronse durante toda a xornada
Ardemil (Ordes) acolleu unha nova entrega da súa Xuntanza Cabalar, que se prolongou durante unha fin de semana. A celebración comezou cunha cea na que destacou o touciño entrefrebrado, acompañado de pan e viño. Na xornada seguinte, fóronse sucedendo as probas e competi-
cións, que espertaron un grande interese entre os numerosos espectadores. Para o xantar, non faltou o churrasco e a tortilla. Como en toda festa, tiña que haber música, que se lle encomendou ao grupo Reinamar. A organización contou coa colaboración do Concello de Ordes.
Un cabalo propiedade dun xinete que integra a Asociación Cultural Cabaleiros de Ardemil proclamouse campión da Copa Federación Hípica Galega, nas probas disputadas a finais de setembro en Ferrol. Previamente, a finais de agosto, o mesmo animal, chamado precisamente Ardemil, acadara a medalla de prata no Campionato Galego de Trote. O exemplar reúne unhas ex-
Entrega dun dos premios colleitados nas probas nas que participou
traordinarias cualidades para a práctica da hípica, acrecentadas polos coidados e o saber facer do seu dono, unha das persoas máis destacadas da comarca no eido da afección polos cabalos.
FRADES
ORDES
A Garda Civil e os carteiros, protagonistas no día do Pilar
Organizan para o 14 de novembro unha xornada micolóxica O Concello de Frades organiza para o sábado 14 de novembro unha xornada micolóxica. As persoas interesadas poden anotarse ata o 4 de novembro no Concello. O prezo é de 15 euros para maiores de doce anos e de 7 euros para menores desa idade. As persoas non empadroadas pagarán 22 euros e 14 euros. As prazas son limitadas e asígnanse con prioridade para os empadroados. A xornada só terá lugar cun
mínimo de quince inscricións. A xornada comezará cunha charla de introdución á micoloxía ás nove da mañá, da man do biólogo Martín Souto. Despois, os participantes sairán ao monte a recoller exemplares e ás dúas e media da tarde acudirán a un xantar con degustación. E ás cinco da tarde, no multiusos desenvolverase unha sesión de identificación e exposición dos cogomelos recollidos pola mañá.
ORDES
A festividade desenvolveu os seus actos litúrxicos na igrexa de Ordes
A xornada festiva do Pilar celebrouse en Ordes con actos litúrxicos nos que os corpos da Garda Civil e de Correos tiveron un especial protagonismo, por ser o día da súa patroa. Por iso, e polo labor que desempeñan ao longo do ano, recibiron palabras de admiración e de agradecemento.
Representantes dos dous organismos, acompañados por cargos políticos de Ordes, Cerceda e Mesía, entre outras persoas, asistiron á cerimonia relixiosa, con ofrenda floral nun altar preparado especificamente para a ocasión. De seguido, acudiron a un ágape para brindar.
Obradoiro formativo sobre riscos laborais en granxas de vacas O vindeiro martes 27 de outubro terá lugar un obradoiro práctico de formación en materia de prevención de riscos laborais en explotacións de gando vacún. A clase terá lugar entre as 15 e as 19 horas no local da Cooperativa Agraria Comarcal, situado na rúa Emilio Pardo Bazán. Para esta actividade ofertáronse
vinte e cinco prazas e o prazo de inscrición remata este 20 de outubro, a través do correo electrónico desenvolvementorural.issga@xunta.es ou no fax 981 897 555. A información completa sobre a actividade está dispoñible na páxina web www.issga.xunta.es ou no teléfono 981 551 704.
Crónicas - Outubro 2015
15
PuBlICIDADE O seu obxectivo: ser o referente na consulta, detección e tratamento de problemas auditivos na comarca
O Centro Auditivo OE+ abre en Ordes O Centro Auditivo OE+ vén de inaugurar a pasada semana unha nova sede en Ordes, ubicada a menos de 100 metros do Centro de Saúde ordense. Un establecemento sanitario que é o único e o primeiro na comarca que conta con tódolos permisos obrigatorios esixidos pola Conselleria de Sanidade e que tamén é o primeiro que se dedicará ao 100% a dar solución de maneira especializada aos problemas relacionados coa audición. A clínica de Ordes é a segunda sucursal do Centro Auditivo OE+, que abriu a súa primeira sede en Lalín (Pontevedra) no 2013. Á fronte da xerencia da empresa están Lucas Fernández e Marlene Rodriguez, dous audiólogos que suman 20 anos de experiencia no sector, e contan co traballo de María Elena Rodríguez, directora técnica, e do resto do personal asociado ao novo establecemento de Ordes. O seu obxectivo é moi claro: ser o referente na consulta, detección e tratamento de problemas auditivos na comarca. Ademáis da avaliación da audición mediante probas específicas, os profesionais de OE+ en Ordes teñen previsto ampliar os servizos relacionados co tratamento de acúfenos mediante diferentes técnicas (de son, relaxación, dixitopunción,…) así como ofrecer adaptación infantil para os nenos con perdas de audición nun futuro a curto prazo. O centro, que pretende ser pioneiro en ofrecer aquelas axudas máis avanzadas en relación coa problemática auditiva, disporá tamén de taller propio onde elaborar e correxir moldes, tapóns de baño e protectores de ruido, así como facer reparacións daqueles audífonos que asi o precisen. “Pretendemos seguir dando un servizo ao cliente o máis rápido e eficaz posible”, comenta Lucas Fernández, “asumindo os mellores estándares de calidade e ofrecendo as máximas garantías de cara ao noso cliente. Buscamos dar solución aos problemas, non que o cliente leve ou-
“Xa teño audífono, pero non estou moi contento co seu rendemento”
tro problemas para casa”, explica en referencia á mala prensa que ás veces teñen os aparellos de audición e que son queixa dos usuarios por producir pitidos, amplificar ruidos molestos… “Teremos unha ampla gama de audífonos para escoller o que mellor se adapte ao usuario.
Hai, polo tanto, diferentes prezos e opcións segundo se queira investir na mellora da saude auditiva”, apunta o xerente do Centro Auditivo OE+. Audífonos con sello de fabricación Suiza, Alemaña ou Canadá son algúns dos dispositivos cos que traballan.
“Eu non estou xordo! Oio, pero ás veces non entendo ben o que me din...” O 90% das personas que sinten problemas de audición fan este comentario. Realmente é asi: un pode escoitar ben en determinadas situación e noutras oe, pero non chega a entender ben as palabras. Estas ocasións soen coincidir cando hai algo de ruido, barullo de fondo, principalmente cando son voces de personas as que xeneran este ruido. Este é un dos principais signos da existencia de pérdida auditiva.
Soe ser algo desconcertante para a persona ao non entender porque sucede isto e, nalguns casos, usase como razón para decidir non mirar a sua audición xa que “non estou xordo, oir oio…” O retraso na avaliación da audición e na detección de problemas, asi como a decisión de non adaptción de audífonos cando esta indicado so retrasan a solución a dito problema que, co tempo, será maior e de máis difícil solución.
Hai moita xente que xa dispón de audífonos pero non obtén realmente o beneficio esperado. A este respecto hai que sinalar que é moi difícil facer unha boa adaptación se no seu momento non se fixeron as probas adecuadas para detectar e avaliar esa pérdida auditiva, se o audífono escollido non foi o axeitado, ou ben non se fixo un correcto seguimento da adptación. As bases deben ser sólidas, senón o edificio vense abaixo, por moi bos mobles que logo merquemos. Quérese dicir con isto que dende o profesional que o atende (deberá estar titulado en audioloxía; non serve un óptico ou un farmacéutico…) ao lugar onde se realizan as probas (debe ser unha cabina insonorizada, non unha simple habitación) e pasando polo equipo de electromedicina que se usa (debe estar homologado e calibrado), todo é importante para conseguir o mellor rendimento e as máximas garantías de que o traballo está ben feito. A satisfacción dos clientes é, ao final, a nosa mellor proba de que se fan as cousas ben. Asi é como hoxe en dia podemos inaugurar este segundo Centro Auditivo OE+ en Galicia.
Audífonos dixitais dende A MENOS DE 100 METROS DO CENTRO DE SAÚDE DE ORDES info@oemais.es www.oemais.es
399 €*
* o prezo máis baixo en toda Galicia
Número de Rexistro Sanitario: E-36-000839
GRATIS
Crónicas - Outubro 2015
16
xente dE aquí ORDES
CERCEDA
O goberno toma o pulso das asociacións reuníndose con elas
A residencia celebra o Día do Maior cos compañeiros de Sada
Primeira das reunións coas asociacións, nos baixos da Alameda de Ordes
Os maiores achegáronse ata o Xardín Botánico, próximo á residencia
O goberno local de Ordes emprendeu unha serie de reunións coas asociacións do municipio para establecer comunicación con elas, coñecer as súas necesidades e atender suxestións. Incluso para actualizar os seus datos de contacto. Esta serie de encontros, dos que se encarga o concelleiro José
O Concello de Cerceda conmemorou o Día do Maior, en colaboración coa residencia e centro de día do Acevedo. Nas actividades programadas, os maiores recibiron a visita dos seus compañeiros e compañeiras do centro de día de Sada. Durante a xornada, visitaron o Xardín Botánico e a súa lagoa ar-
Manuel Rodríguez, comezou polas entidades veciñais de todas as parroquias, coa participación tamén do alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, e os edís de Cultura e Deporte, José Manuel Mira e Luis Caamaño. As reunións proseguiron coas organizacións deportivas, culturais e doutra índole.
tificial. Despois de xantar, tiveron unha tarde lúdica na que observaron vídeos dos dous centros, deron paseos pola zona e participaron en diversos xogos. A concelleira de Servizos Sociais de Cerceda, María Viqueira Iglesias, destacou a relevancia da xornada, aínda que precisou que o Día do Maior debe ser a diario.
ORDES
FRADES
O 24 de Poulo, a derradeira gran festa do verán na comarca
Festas de San Miguel en Frades, con gastronomía e verbena
A procesión das Mercedes estivo acompañada polo bo tempo
Procesión de San Miguel arredor da capela do San Nicolau
Poulo (Ordes) celebrou as Mercedes, o 24 de setembro, na que é a derradeira gran cita festiva da comarca na tempada do verán. A meteoroloxía soleada axudou a manter a asistencia aos actos relixiosos, nos que destaca a procesión pola localidade que quizais máis historia atesoura de todo o municipio.
A festa de San Miguel, festivo local en Frades, superou as 700 persoas na contorna da capela de San Nicolau, segundo as estimacións do Concello. Numerosos veciños acudiron a xantar á zona, ben en postos acondicionados por eles mesmos ou ben nos que as habituais empresas de hostalería festeira despra-
Aínda que os tradicionais xantares de campo decaeron e xa non son nin a sombra do que foron noutros tempos, numerosas familias que se poden permitir librar un día entre semana manteñen o costume. Entre as actuacións, ademais das orquestas, destacou a da Asociación Camiño Real de Poulo.
zaron ata o lugar, co churrasco, a empanada e o polbo como centro do menú. A charanga ‘O Recobío’ e as orquestras Bomba e Pontevedra encargáronse da música da xornada, na que o PP reuniu na súa carpa varios dos seus cargos locais e da comarca, entre un total de 250 persoas.
Crónicas - Outubro 2015
17
XENTE DE AquÍ ORDES
COMARCA
O Concello mantén o curso de habilidades sociais no Mesón
O Camiño Inglés promociónase no foro Fairway en Santiago
Representantes municipais e provinciais, no posto do Camiño Inglés A concelleira de Benestar Social, Susana García, acudiu á apertura do curso
Comezou unha nova edición do curso de habilidades sociais para persoas con diversidade funcional, que acada así o seu sétimo ano impartíndose no Mesón do Vento. Participan nesta actividade unhas vinte persoas, que nas sesións aprenden a desenvolverse por si mesmas no ámbito doméstico en función das súas capacidades.
Os Concellos polos que discorre o Camiño Inglés -na comarca Mesía, Ordes e Oroso- promocionaron este itinerario de peregrinaxe en Fairway, un evento sobre o Camiño que tivo lugar na Cidade da Cultura en Santiago con máis de 50 ponentes e unhas 1.200 citas comerciais. O Camiño Inglés contou cun posto de exposición propio, no
Unha educadora e unha coidadora social imparten esta actividade, que no seu día foi recoñecida cun premio Alares. A concelleira de Benestar Social, Susana García, visitou as clases e destacou a súa utilidade para favorecer a inclusión social dos participantes e a conciliación para a vida laboral das súas familias.
que os distintos Concellos ofreceron información e publicidade sobre os distintos servizos de interese para os peregrinos. O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, visitou Fairway acompañado de autoridades locais e destacou que o foro serviu como “un grande escaparate do Camiño Inglés e dos nosos concellos”.
ACTIVIDADES XIMNASIO 2015-2016 PILATES
PILATES ADAPTADO
E XIMNASIA D TO MANTEMEN EXPRESIÓN CORPORAL INFANTIL
BOKW A
STEPS
MULTIDEPORTE INFANTIL
Anotacións: cubrir a inscrición nas instalacións do ximnasio do Concello de Tordoia xunto co xustificante de pago. No caso dos menores de 18 anos deberá asinala o pai/nai/ titor-a ou representante legal co seu DNI Información e prezos: Preguntar ao persoal técnico/a nas instalacións do ximnasio
ENVELLECEMENTO ACTIVO “EN FORMA” 2015-2016 9:00 10:30 10:45 12:15
CONCELLO DE TORDOIA 981 690 001
12:30 14:00
Luns
Martes
Mércores
Xoves
Venres
Anxeriz
Gorgullos
Bardaos
Gorgullos
Castenda
Andoio
Leobalde Numide
Cabaleiros
Leobalde Numide
Cabaleiros
Bardaos
Cantigas Pandereitadas
Castenda
Andoio
Anxeriz
Datas: dende o 1 de outubro de 2015 a 30 de xuño de 2016. Información e solicitudes: Servizos Sociais Comunitarios. Telf: 981 683 007. Nos lugares onde se desenvolve a actividade
INFORMÁTICA • CURSO DE INFORMÁTICA. Internet e novas tecnoloxías. • CURSO DE TELÉFONOS MÓBILES. Aprende a usar un móbil, Internet e calquer aplicación. • TÉCNICAS DE BÚSQUEDA DE EMPREGO. Consiste en dar uns coñecementos e axuda para a búsqueda dun traballo.
Lugar: Casa da Cultura. Información e solicitudes: Casa da Cultura. Telf: 981 683 006 (en horario de 16:00 a 21:00 horas)
18
Crónicas - Outubro 2015
xente dE aquí ORDES
ORDES
Feira de artesanía na Alameda para promover a igualdade
Manuel Solla inicia unha nova tempada de contos e lendas
A Alameda foi especialmente caracterizada para a feira de artesanía do CIM
Lanzamento de escuma na Festa da Auga do Concello de Mesía
O Centro de Información á Muller (CIM) de Ordes desenvolveu unha feira de artesanía na vila co propósito de promover e asentar valores e hábitos igualitarios entre a poboación. Durante toda unha fin de semana, esta iniciativa ofreceu obradoiros e xogos especialmente pen-
O contacontos Manuel Solla ofreceu a súa función ‘Conto contigo’ na primeira das actuacións das Tardes de Contos e Lendas do Concello de Ordes para a nova tempada 2015-2016. As actividades deste programa de animación á lectura ofrécense o derradeiro venres de cada mes
sados para os máis pequenos, que acudiron acompañados por adultos. Entre os postos da feira, desenvolvéronse propostas de teatro, xincanas, deconstrución de contos e relatos, xogos cooperativos pola paz e actividades de fomento da convivencia.
nas instalacións da biblioteca municipal. Son narracións e historias para nenos e nenas de máis de oito anos. O programa Tardes de Contos e Lendas, que reúne decenas de cativos en cada unha das súas actuacións, forma parte do ciclo ‘Ler conta moito’ da Xunta.
COMARCA
ORDES
O CIM de Ordes leva ás aulas a loita contra a violencia de xénero
Celebrouse a segunda edición das Xornadas Feministas
Cartel identificador do novo programa do Centro de Información á Muller
O Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Ordes ten en marcha ata decembro o novo programa “Comparte: fai que a vexan”, contra a violencia de xénero. Esta nova iniciativa traballa especialmente coa poboación adolescente e coas familias. Quere sensibilizar sobre a importancia que ten o uso responsable das tecnoloxías da información e da comunicación e desenvólvese en centros de ensino e en aulas de informática dos sete Concellos da comarca.
Están previstas máis de sesenta sesións presenciais con alumnado de secundaria e de bacharelato. Tratarán de avaliar o uso que os rapaces e rapazas fan das novas tecnoloxías e tamén participarán en obradoiros de sensibilización para a detección da violenxia de xénero coas familias. “Comparte: fai que a vexan” conta con financiamento da Deputación e prevé elaborar un informe final de estudo e diagnóstico sobre o uso das tecnoloxías da información e da comunicación, o sexismo e a violencia de xénero na zona.
A Casa da Cultura de Ordes acolleu a segunda edición das Xornadas Feministas, organizadas polo BNG de Ordes e Galiza Nova. Estas dúas formacións asegura que o obxectivo segue sendo “normalizar a loita feminista en ordes, cuestión que consideran necesaria todos os días e en todos os ambientes”, din. Un dos temas tratados foi o papel da muller no sindicalismo obreiro e como se compaxina con tarefas non asalariadas. Interviron Chus Regueiro, do BNG ordense e da CIG, e moi recoñecida pola súa actividade sindical no sector téxtil ordense, e Loli Martínez, da CIG. Tamén abordaron o relevante papel das mulleres nos conflitos territoriais. Interviu Maruja da Lousa para relatar unha lembranza das loitas nas Encrobas. E tamén a europarlamentaria do BNG, Ana Miranda, contou a súa recente viaxe coa “flotilla da liberdade” cara Palestina. Por último, Laura Bugalho ana-
As xornadas contaron con numeroso público na Casa da Cultura de Ordes
lizou desde a súa propia experiencia a loita transfeminista e expuxo a situación do colectivo trans. As xornadas, presentadas por Aldaolado, remataron con concertos de Inés Mirás e MJ Pérez, Paula Chaves e o grupo Croma, no local Jatopús.
Crónicas - Outubro 2015
19
XENTE DE AquÍ TORDOIA
TORDOIA
Medio cento de veciños participan na viaxe a Madrid
As emocións do teatro chegan ao punto de atención á infancia
Excursionistas de Tordoia, retratados preto das chamadas Torres Kio
Un momento do obradoiro ‘A alfombra máxica’ no PAI de Tordoia
Un total de 52 veciños e veciñas do municipio de Tordoia participaron nunha excursión ao longo de tres días por Madrid, na que coñeceron algúns dos lugares de maior interese turístico. Entre os sitios nos que estive-
Os nenos e nenas que acoden ao Punto de Atención á Infancia (PAI) de Tordoia viviron unha xornada de novas sensacións da man da compañía Teatro Babaluva e o seu obradoiro ‘A alfombra máxima’, pensado especifica-
ron ao longo das tres xornadas, destacan Puerta del Sol, Plaza Mayor ou a catedral da virxe da Almudena. Ademais, visitaron o Museo de Cera, o Palacio Real ou a Basílica do Valle de los Caídos, onde está enterrado o dictador Franco.
OUTUBRO ANIMACIÓN Á LECTURA: “Contos en clave de sol”. Contadas: Sábados 24 e 31, de 11 a 12:30 h Club de lectura: Venres 23, de 18 a 19:30 h Rebotica dos contos: Venres 30, de 18 a 19:30 h
mente para os cativos de menor idade. A intención era entretelos, pero sobre todo facer que experimentasen con materiais de diversas cualidades para aprender a tocar, manipular e investigar coas mans e co corpo.
ACTUACIÓN MUSICAL “BÁGOAS DA TERRA”: Sábado 21, ás 20:00 h no centro cultural. ACTO CONMEMORATIVO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO: Mércores 25.
EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA VICTORINO VEDÍA DA BIBLIOTECA: Venres 23, ás 18:00 h, FanfaREA MONTERO: Inauguración o venres 27, ás 20:00 rra Títeres con “O soñador de historias”. Centro cultural. h no centro cultural. Ata o 8 de xaneiro. CONFERENCIA SOBRE OS DRONES: Sábado 24, BAILE DE MAIORES: Sábado 28, a partir das 19:30h ás 12:00 h no centro cultural. no centro cultural. Dirixido á terceira idade. ACTUACIÓN MUSICAL DE MANUEL COUTO: O RETRETE DE DORIAN GRAY: domingo 29, ás Venres 30, ás 20:30 h, no centro cultural. 18:00 h, “Retrete Cabarete”no centro cultural. BAILE DE MAIORES: Sábado 31, a partir das 19:30 h. no centro cultural. DECEMBRO EXCURSIÓN A BOLERA SOLBOWLING (Oleiros): Sábado 31. Partidas de birlos e xantar. Maiores de ANIMACIÓN Á LECTURA: “Lúa Lueira” Contadas: Sábados 12 e 19, de 11 a 12:30 h 12 anos. Inscricións no centro cultural. Club de lectura: Venres 11, de 18 a 19:30h Rebotica dos contos: Venres 18, de 18 a 19:30h NOVEMBRO CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL CON ANIMACIÓN Á LECTURA: “Eu querer quéroche ben” MENSAXE: Entregar antes do 15 de decembro no cenContadas: Sábados 7, 14, 21 e 28, de 11 a 12:30 h tro cultural. Dirixido a maiores de 4 anos. Club de lectura: Venres 20, de 18 a 19:30 h Rebotica dos contos: Venres 27, de 18 a 19:30 h FESTIVAL DA GARDERÍA MUNICIPAL A ULLOA: Venres 11, ás 18:00 h no centro cultural. EXPOSICIÓN OUTONO FOTOGRÁFICO, NATALIA REGUEIRO: Venres 6, inauguración ás 20:30 FESTIVAL DO CRA E VISITA DOS PAXES h no centro cultural. Ata 20 de novembro. REAIS: Venres 18, pola mañá, no centro cultural. TEATRO DA SEMENTE: “Chíos”. Sábado 7, ás 12:00 MAXIA “MARTÍN CAMIÑA”: Mércores 23, ás h. Para bebés e ata 4 anos. Inscricións centro cultural. 18:00 h, no centro cultural. PRESENTACIÓN DO LIBRO “ELOS DE CINZA”: BAILE DE MAIORES: Sábado 26, a partir das 19:30h de Xosé M. Lobato. Venres 13, ás 20:30h, centro cultural. no centro cultural. MONICREQUES BABALUVA: con “Lume” o do- CONCERTO DE PANXOLIÑAS: Mércores 30, ás mingo 15, ás 18:00 h no centro cultural. 20:30 h no centro cultural. TEATRO “DESENCAIXADOS”: de O Aturuxo de DIVER NADAL: programa de conciliación (ver publiMelpómene. Venres 20, ás 21:00 h no centro cultural. cidade específica).
20
Crónicas - Outubro 2015
DEPORTES ATLETISMO
HÓCKEY Numerosos seguidores acudiron ao pavillón Castelao I a apoiar a entidade
A primeira Liga de Atletismo da comarca ordense dispútase o 7, o 14 e o 21 de novembro
O club de hóckey A. C. Ordes presenta os seus equipos para a nova tempada
A primeira edición da Liga de Atletismo da comarca de Ordes vaise disputar os tres primeiros sábados do mes de novembro, días 7, 14 e 21. O horario das competicións será de 17 a 19 horas, nas pistas das instalacións deportivas de Vista Alegre, en Ordes. Este evento, que se distribúe por Concellos, está organizado pola Mancomunidade de municipios da comarca de Ordes, que conta coa colaboración do Club Atlética A Silva e do Club de Atletismo Ordes e co patrocinio da área de Deportes da Deputación da Coruña. A entidade supramunicipal adianta que a información detallada sobre esta liga e as distintas probas de atletismo que se programen nas sucesivas xornadas de competición será divulgada cando menos a través da páxina web do Club Atlética A Vilva, á que se pode acceder no enderezo de internet http://atleticasilva.blogspot.com.es/
Foto dos xogadores das distintas categorías coas que conta o club, os técnicos, a directiva e a representación municipal
O club de hóckey A. C. Ordes presentou oficialmente o seus equipos para a nova tempada de competición 2015-2016. O evento tivo lugar no pavillón polideportio Castelao I, en Ordes, ao que acudiron numerosos afeccionados para amosar o seu apoio ás distintas aliñacións da entidade, ademais do equipo encargado
da preparación técnica, e dos integrantes da dirección do club. A entidade conta esta tempada con categorías micro, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, xuvenil, júnior e sénior. A intención é a de facer valer o seu elevado nivel de xogo, adquirido co paso dos anos ata ser un dos clubes desta modalidade depor-
tiva máis destacados de España. O acto de presentación contou cunha destacada representación municipal, encabezada polo alcalde ordense, José Luis Martínez Sanjurjo, que estivo acompañado pola concelleira de Educación, Susana García, e polo concelleiro de Deportes, Luis Caamaño.
TENIS DE MESA
PÁDEL O Narón 1 gañou a competición masculina e o A1 Padel, a feminina
Bo rendemento dos distintos equipos do Oroso TM nas primeiras semanas de xogo
Campionato galego de pádel en Ordes
As primeiras semanas de competición na nova tempada están reportando un bo rendemento para os distintos equipos do Oroso TM. O equipo feminino en división de honra, Autos Grabanxa Abanca, por exemplo, estreouse na liga vencendo ao San Xoán TM, de Ferrol, por 0-6. E contra o Cidade de Narón impuxéronse por 2-4. O equipo fórmano Silvia Álvarez, Paula Fukuhara, Olalla Cea, Saleta López e Cristina Fernández. O equipo masculino, o Oroso TM Deporte Galego, recibiu ao Establecementos Otero de Cambados. Marcos Sanmartín gañoulle a Guillermo Sánchez, Valeri Malov a Julio Reyes, Kazeem Ahmed a Fernando Padín, de novo Malov a Guillermo Sánchez, e Kazeem a Julio Reyes. Unicamente Sanmartín cedeu ante Padín, co que o resultado final foi de 5-1. Entre os máis pequenos, victorias do Oroso TM Hotel Santa Cruz en Lalín e empate do Oroso TM Perruquería Tije.
As instalacións de Padel Ordes acolleron o Campionato Galego por equipos de primeira categoría, considerado a máxima competicion por equipos de Galicia. Na final masculina, o C.P. Naron 1 gañoulle ao Club de Tenis Coruña. E na final feminina, venceron as xogadoras de A1 Padel, que na final impuxéronse a Cies 1. O evento, que se celebrou en datas de fin de semana, fixo pasar máis de duascentas persoas polas instalacións, deportistas e tamén espectadores interesados por unha modalidade deportiva que incrementa adeptos con rapidez.
Crónicas - Outubro 2015
21
DEPORTES ATLETISMO Numerosos seguidores acudiron ao pavillón Castelao I a apoiar a entidade
Raña, brillante duodécimo posto en Hawai: “creo que lle teño a medida bastante pillada ao Ironman” 3,8 quilómetros a nado, 180 quilómetros en bicicleta e 42,2 quilómetros a pé. Seguidos e sen parar, e coas condicións de temperatura e humidade de Hawai. Así se desenvolveu o Ironman de Kona, no que o atleta ordense Iván Raña Fuentes rematou nunha excelente duodécima posición, cun tempo total de 8 horas, 34 minutos e 27 segundos. Na proba, a máis destacada da súa tipoloxía, venceu o alemán Jan Frodeno (8h 14’ 40’’). Raña rematou ben posicionado a parte de natación, pero a partir de aí comezaron as dificultades na bicicleta. Raña asegurou nas redes sociais que percibiu “sensacións familiares doutras carreiras” como “falta de tono muscular nas pernas”. Explicou os seus adestramentos previos (40 km tres días, un de descanso e 40 km o día anterior) para concluír que “pasei de notarme mellor que nunca a ir como se fose pretempada” Raña recoñece que lle volveu pasar “algo que cría que tiña controlado” e toma nota para “non volver
cometer o mesmo erro”. Con todo, é evidente que Raña nunca se dá por vencido e na parte final de carreira a pé intensificou a súa recuperación de ritmo ata situarse practicamente na pugna polos dez primeiros postos da proba. “Non viña na miña mellor forma -relata o ordense- pero non me preocupaba moito porque o Ironman non é unha carreira so de atletas, senón de dureza”. SUMAR PUNTOS Redundando nesta idea, Raña expón que “a base xeral é importante, non só a específica de cada deporte, creo que lle teño a medida bastante pillada”. Engade a importancia de “saber xogar coas túas sensacións os días previos” para “saber chegar ao 100 %”. Pese a todos os matices, Raña fai unha valoración bastante positiva do Ironman de Hawai, no que en 2013 fora sexto, e salienta que son “uns bos puntos para o ano que vén”, posto que “se se entra con 4.000
CURSOS E OBRADOIROS PARA ADULTOS COCIÑA. 30 €/curso. Lugar e horario por determinar. CARRETILLEIRO. 100 €. 20 horas. Multiúsos e cooperativa de Frades.
CONCELLO DE FRADES
ACTIVIDADES DE OUTONO E INVERNO Información e inscricións no Concello de Frades**
981 69 55 67 www.concellodefrades.es facebook.com/mocidadefrades
MANIPULADOR DE ALIMENTOS. 20 €/ curso. Multiusos de Frades. INFORMÁTICA. 20 €/curso. 50 horas. Aula de Informática Municipal. Formación personalizada. CURSO DE PREPARACIÓN ÁS PROBAS DO GRADUADO EN ESO. Maiores de 18 anos. 30 € (3 áreas), 25 € (dúas) e 15 € (unha). Matrícula a partir de xaneiro de 2016. HORTA ECOLÓXICA. 40 €. 30 horas. Novembro-decembro 2015. Multiúsos de Frades/leira municipal. MANEXO DE TABLETAS PARA PERSOAS MAIORES. Prezo a determinar. 20 horas. CURSO DE FOTOGRAFÍA. 40 €. 12 horas. Materiais incluídos. Sábados, horario a convir. CURSO DE PODA E ENXERTOS. 40 €. 30 horas. Xaneiro-marzo 2015. Sábados. Multiúsos de Frades/leira municipal. CURSO DE XADREZ. 20 €/mes. 30 horas durante 6 meses. Multiúsos.
Iván Raña tivo as maiores dificultades en Kola no tramo de bicicleta (foto: FB)
puntos, máis ou menos, en Kona, xa teño a metade no peto”. Estes días Raña decide, en función de como perciba o seu estado físico, se prepara outra carreira para pechar a tempada. “Posiblemente”
será que si, máis que nada para “intentar deixar encamiñada” a clasificación de 2016 e ir “máis tranquilo, sen a paliza de conseguir puntos a última hora”, tal como comentou nas redes sociais tras a carreira.
ACTIVIDADES E XORNADAS
ACTIVIDADES NO CPI PONTE CARREIRA
PILATES. 30 €/curso. Multiúsos, pavillón municipal ou parroquia onde se forme grupo.
XOGANDO CO INGLÉS. Entre 15 e 20 €/ mes (dependendo do grupo). De 15:30 a 16:30 h.
ZUMBA. 30 €/curso. Multiúsos, pavillón municipal ou parroquia onde se forme grupo.
ZUMBAKIDS-BAILE. 30 €/curso. Xoves de 15:30 a 16:30 h.
XIMNASIA DE MANTEMENTO. 25 €/curso. Pavillóns municipais ou locais sociais.
MÚSICA. Música I (de 4 a 6 anos, 12 €/ mes). Música II (+6 anos, 15 €/mes).
MANUALIDADES NAS PARROQUIAS. 35 €/curso (material non incluido). Locais sociais.
ESCOLAS DE INICIACIÓN E PERFECCIONAMENTO Á PATINAXE 40 €/curso.
CURSO DE PATCHWORK. 15 €/mes. 3 meses. Multiúsos ou locais sociais. CLASES DE INGLÉS. 25 €/mes. Grupos reducidos. Multiusos.
DEPORTE GRATUÍTO PARA NENOS/AS
I XORNADAS MICOLÓXICAS. 15 € (7 € menores de 7 anos). Sábado 14 novembro.
ESCOLAS DEPORTIVAS DE FÚTBOL SALA. Martes e mércores, 15:15 a 16:30 h.
OUTROS CURSOS: Benestar animal, CAP (Certificado de Aptituto Profesional) Transporte, Primeiros Auxilios, Mozo de almacén, Plataforma elevadora+traballos en altura, Conservación de alimentos, Arte floral, Xardinería, Curso básico de fruticultura....
PREDEPORTE-MULTIDEPORTE.
SERVIZOS SOCIAIS
OUTRAS ACTIVIDADES: Ciclismo (xaneiro), Liga Local de Fútbol Sala Sénior (marzo-maio), III Carreira Pedestre Concello de Frades (maio), Competicións deportivas en idade escolar, Liga Intermunicipal de fútbol base, Liga Interconcellos en idade escolar (abril-xuño), xornadas de campo a través e atletismo...
PODOLOXÍA A DOMICILIO, PERRUQUERÍA E FISIOTERAPIA. Gratuíto. Persoas dependentes ou usuarios dos Servizos Sociais.
ESCOLAS DE TENIS DE MESA ATLETISMO. Xoves. Polideportivo municipal. ESCOLAS DE INICIACIÓN AO BALONCESTO E MINIBÁSKET.
* As actividades comezarán en novembro, sempre que se xunte un grupo mínimo. ** Non empadroados, consultar prezos.
22
Crónicas - Outubro 2015
DEPORTES TAEKWONDO O Concello de Ordes ofreceulle unha recepción oficial de recoñecemento ao Club Luar Taekwondo
Ainhoa Ramos, campioa de España júnior
Integrantes do club de taekwondo na recepción oficial no Concello de Ordes
Ramos Manteiga, no máis alto do podio do campionato de España júnior
A deportista ordense Ainhoa Ramos Manteiga proclamouse campioa de España de taekwondo en categoría júnior. A competición, disputada en Alacante, congregou 274 deportistas nados entre 1998 e 2000. Ramos Manteiga forma parte do equipo da seleción galega e chegara ao campionato español en moi boas condicións físicas e psicolóxicas. Así o demostraron os seus resultados,
ceas de persoas, entre familiares, amigos e afeccionados. O club ao que está ligada Ramos Manteiga, o Luar Taekwondo, protagonizou unha recepción oficial no Concello de Ordes, á que acudiron uns oitenta dos seus integrantes. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, situounos como “orgullo e exemplo a seguir que supoñen para os veciños e veciñas”.
FÚTBOL
A S.D. Montaos ofrece premios de cervexa e combustible na súa tradicional rifa de Nadal A S.D. Montaos vende desde hai xa unhas semanas as súas rifas para o sorteo de Nadal. Os premios decidiranos as catro últimas cifras do número do Gordo e do Segundo Premio que saia do bombo durante o Sorteo da Lotería Nacional do 22 de decembro. O primeiro premio consistirá no peso da persoa gañadora en litros de cervexa da marca Estrella Galicia, mentres que o segundo será o peso do titular da rifa en litros de combustible, a escoller entre gasolina ou gasóleo A. As rifas véndense por un importe de dous euros e teñen unha caducidade de quince días desde a celebración do sorteo. A entidade deportiva estableceu ademais un premio benéfico que xa ten gañador; trátase da entrega de 150 litros de leite galego a Cáritas de Ordes. A propia rifa explica que se trata dun premio con doble propósito altruísta: “en solidariedade cos máis desfavorecidos e como xesto de apoio aos nosos gandeiros”.
posto que superou as rivais de Castela-A Mancha (12-2), Euskadi (10-0) e Cataluña (3-2). O novo título, ademais de engrosar o seu palmarés, supón unha oportunidade para poder acudir ao campionato de Europa en Letonia, como parte integrante da seleción española. A deportista foi recibida con entusiasmo na Alameda de Ordes á súa volta á vila por varias de-
Outros éxitos recentes da entidade foron o subcampionato europeo en categoría máster para Cristóbal Boudjenane e un bronce para Rodrigo Varela Mirás na categoría cadente -57 da liga profesional de taekwondo. Varela competía coa selección galega. Do Open Internacional de Moaña, ouro para Álvaro Regueiro en júnior, e pratas para Rodrigo Varela e Sara Gacio en cadete.
ORDES
PATINAXE ARTÍSTICA
Seis ordenses prepáranse coa seleccionadora española
David Santos, terceiro clasificado nunha pedestre en Culleredo
David Santos, corredor de Ordes
As seis patinadoras de Ordes, coa seleccionadora española, Angélica Morales
Seis patinadoras de Ordes acudiron a un campus de tecnificación impartido pola seleccionadora nacional de patinaxe artística, Angélica Morales, co propósito de mellorar as súas destrezas para a práctica deste deporte. As ordenses que participaron foron Karolina del Río, Lara Reboredo, Diana Iglesias, María Gonzá-
lez, Paula Cornes e Alba Diéguez. As sesións desenvolvéronse en Arteixo, coa participación dun total de 50 patinadores de toda Galicia. O campus, denominado ‘Solo Danza’, é unha actividade de aprendizaxe que resultou de moito interese para as deportistas de Ordes, onde existe unha elevada afección por este deporte.
David Santos Domínguez, atleta ordense que compite co Real Club Celta de Atletismo, acadou o terceiro posto na III Carreira Pedestre Popular Ruta Dos, disputada en Acea da Ama (Culleredo). Santos rexistrou un tempo de 22’22’’ para completar unha distancia de 6.600 m. Por diante del situáronse Carlos Villamor (22) e Abdelkader Bouguerroudj (22:13). A proba absoluta contou coa participación de máis de 300 corredores e un cento nas categorías inferiores.
Crónicas - Outubro 2015
23
OPINIÓN Os paxariños da Alameda Sentou moi mal no niño dos gaivotos que unha simple pita de monte destapase todo o proceso transitivo cun simple movemento de plumas. A manobra realmente era moi revirada, nin sequera coincide co procedemento habitual da especie. Ben é sabido que non contan con ás suficientes e que por eso non se puido facer o cambiazo sen complexos. Pero tamén tiñan que ter en conta que para cruzar dun lado ao outro do río dos intereses non facía falta pisar a ponte. E menos chamando tanto a atención. Os xogos florais, as exhibicións, certo é, nunca foron do gusto da ave suprema. E tampouco nunca se lle deron ben, sempre preferiu o niño á sombra. Así que o cabreo é aínda maior porque todo se desencadeou precisamente despois dun deses alardes. Ía suceder igual, pero a convicción é que tendo o pico pechado o golpe sería máis suave. Pero, pero, pero... a pesar dos pesares... aínda non reúne o valor suficiente para pedirlle un cambio de tono á ave sub-suprema.
Sección de chíos, murmuracións e faladorías pilladas polo aire, unhas máis certas que outras
É certo que a cousa fai pensar noutros tempos, con outras aves que xa se ve como acabaron. Xa falou o ornitólogo-historiador aquí dos guionistas e dos intérpretes: a capacidade de promover as comedias e asumir os dramas, en definitiva. E canto máis ve as actuacións, máis vai descubrindo que é o guionista o que non se dá adaptado aos novos intérpretes. É unha cuestión de estilo e de falta de perspectiva estratéxica. E é tamén unha cuestión de falta de valor por parte das aves. Porque mostras de neglixencia e descoñecemento teñen suficientes como para desplumar o elemento sen contemplacións. Penoso sería que se deixasen engatusar por aqueles paseos polas cornixas exhibindo plumaxe para afrontar o cambio climático e que con tanta simpatía burlona contaba a anduriña. Gústanlles tanto as pelotas ás gaivotas? De verdade que nin iso van cambiar? Coa cantidade de propostas alternativas que tiveron, incluso para intercambiar favores e compensar entregas á causa!
No caderno de campo xa non esperan ás últimas páxinas para anotar os movementos do alférez. Estudan e estudan os voos de altura que leva, e xa viron que a súa anatomía non dá para tanto movemento. A conclusión é obvia: pronto acabará coas plumas no chan. A pregunta do biólogo especialista en comportamentos xerárquicos é se ninguén se dá conta ou se todos disimulan. Se se trata de aparentar, cada vez vailles ser máis difícil obviar o burato intelectual do paxaro, que coa entrada do outono tivo o atrevemento de pousar as gadoupas en poleiro alleo e asumir métodos propios dos opoñentes. Estupefactos quedaron . Tamén habería que falar do gaivotiño emerxente, que pasa o tempo entre facer fotocopias veciñas para tratar de facelas pasar por orixinais e botar disolvente sobre a súa tatuaxe. Veremos a súa sorpresa cando vexa que é unha marca de nacemento, indeleble.
O avestruz estivo atento estes días aos movementos da grande ave distribuidora. Xa ten confirmado que cambiará de niño. Non pensa renovar a renda do actual e xa ten ben rexistradiña a parcela onde situar o novo. Non estará nunha póla céntrica, pero si principal. E vai apalabrada, e algo máis, para varias décadas, que xa se sabe que o niño vai ser moi caro e haberá que amortizalo a ritmo de lector de códigos: pipi-pi... Por certo, xa tardan os paxaros mandantes en vender a operación. Ou non se enteraron aínda? Dos métodos do alférez seguro que volveremos falar, coa mesma frecuencia que falamos dos da cacatúa famenta. En días pasados foi vista sobrevoando o que ela, movida pola carraxe e mantida por enerxía allea, sospeita que é carroña. Volve ás andadas cando aínda debería ter ben fresco o percance anterior. Un fracaso sen paliativos. Os ornitólogos xa non saben se admirar a constancia, inasequible ao desalento, ou se arrincarse os ollos ante tanta acumulación de imprudencia.
O TAQUÍGRAFO DISLÉXICO
O crédito político, nas aulas do Mesón Non debería suceder cos servizos educativos en Ordes como con aquel burro que, cando o dono estaba a piques de conseguir que vivise sen comer, morreu. Non é asumible que a precariedade coa que empezou o curso en varios centros hai unhas semanas se volva rutina. É impensable que alguén xogue co tempo e coa paciencia coa esperanza de que se asimilen como norma carencias corrixibles cando se trata da formación dos máis novos, do futuro da sociedade. A unificación de dous cursos no colexio do Mesón do Vento, por non querer cubrir a xubilación dunha praza de mestre, é unha mostra do despropósito. É unha medida inxusta e inadmisible, por canto está perturbando a equidade dos nenos e nenas afectados, o seu dereito a recibir unha educación óptima. Podería comprenderse hai corenta anos, cando ía comezar a edificarse o en-
sino do sistema democrático, pero non nos nosos días, por moito que as limitacións orzamentarias condicionen cada paso das administracións. Poderían poñerse moitos exemplos, e non todos demagóxicos, de diñeiro público peor gastado que o dunha praza de mestre. O que piden os pais e nais non é un imposible, senón simplemente o que recomenda o ‘sentidiño’, ese ao que tanto se apela desde determinados despachos. Urxe pois que a Xunta de Galicia non deixe pasar un día máis sen ofrecer unha resposta, que non pode ser outra que a incorporación inmediata dun novo docente, do mesmo xeito que ten que atender as demandas do IES Maruxa Mallo. Son dúas ocasións perfectas para facer crible, máis alá de escenarios electorais, o discurso de que chega un novo tempo no que as políticas sociais e os servizos públicos van re-
cuperar o terreo perdido nos últimos anos. Será ese un bo baremo para xulgar. O que si hai que xulgar xa, e de momento para ben, é a unidade acadada polos políticos locais con respecto a este asunto. Pode ser máis ou menos aparente, mesmo pode crebar, e pode estar repleta de tacticismos. Pero en todo caso é unha estratexia positiva e necesaria que se debe aproveitar ao máximo como forma de presión. Porque sería decepcionante e indesexable que os feitos levasen a pensar que o goberno municipal unicamente buscou a unión e o entendemento para evitar ataques dos opoñentes e o descrédito ante a veciñanza. Sería un absurdo que todo ese esforzo se teña feito só por quedar ben. Simplemente quedaría mal e incluso peor. O tempo tamén dirá canta sinceridade hai nas reivindicacións e nas xestións.
Da oposición pode dicirse o mesmo. Tamén sería decepcionante e indesexable que rompese esa aparente unidade de acción para caer na tentación de arremeter contra o goberno local nas primeiras de cambio. Algún ‘descoido’ por ese camiño xa houbo, e o certo é que non se xustifica o aproveitamento da circunstancia nin por catro votos nin por cumprir co instinto mordedor. Por tanto, o que está a proba é a altura de miras. O camiño ten que seguir sendo o de facer fronte común e insistir coas esixencias unha e outra vez ante cada negativa. Con lealdade institucional, con diálogo, pero con contundencia. É evidente que a razón está de parte da comunidade escolar, por moitas excusas que vaian aparecendo, e esa é a mellor ferramenta para que os políticos de a pé canalicen as demandas. Fracasar sería un luxo, un luxo perverso.
Crónicas
Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.
Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L. Peche de edición: 16-10-2015. Depósito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Teléfono: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com
ORDES O festival DesOrdes Creativas pinta espazos públicos degradados con fantasía e acenos á actualidade
Máis cor e menos grises nas paredes de Ordes Unha semana ao ano empeza a parecer insuficiente, pero aínda así o festival de arte na rúa DesOrdes Creativas dá moito de si. Paseniño está contribuíndo a cambiar unha vila na que, non está de máis recoñecelo, temos zonas nas que non se pensou antes de obrar. E outras que foron bastante mellor deseñadas, pero fáltalles esa chispiña de vida, un atractivo para fixarse nelas. Os artistas e muralistas desta edición foron Spok e Sabek, de Madrid; Ino, de Grecia; Malakkai, de Andalucía; e Doa, de Galicia. Traballaron en cinco puntos distintos: Spok, nas inmediacións do campo de fútbol de Vista Alegre; Ino, no IES Maruxa Mallo; Doa, na zona de Penelas; e Malakkai e Sabek, en paredes do colexio Castelao. A meteoroloxía non foi todo o propicia como sería desexable, de maneira que tiveron que aproveitar ao máximo o tempo. Á vista quedou que o fixeron. Estilos e temáticas diferentes, pero sempre co obxectivo común de suscitar emocións e reflexións entre os veciños e veciñas e darlles unha nova vida a lugares que estaban en desuso e degradados ou
Os artistas convidados ao festival efectuaron un intenso traballo en muros e paredes de cinco puntos diferentes de Ordes
simplemente pasaban inadvertidos ata que lles puxeron cor e fantasía. O festival, que desde 2010 se caracteriza por ter unha vocación inter-
Unha das paredes do IES Maruxa Mallo recibiu un espectacular deseño
nacional, está organizado pola asociación Cultivarte e polo colectivo Mutante Creativo. Conta coa colaboración do Concello e do local Jato-
pús, que acolleu a festa de clausura. Os resultados poderanse ver con detalle en http://certamedesordescreativas.blogspot.com.es/
Os cinco artistas botaron man de motivos moi suxestivos para as súas creacións