Cronicas comarcadeordes n24 decembro2015

Page 1

Crónicas

Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 24 - Decembro de 2015

Frades e Ordes intentan salvar os seus plans xerais a última hora Os Concellos de Frades e de Ordes intentan estes días conseguir que os seus plans xerais de ordenación munici-

pal poidan estar aprobados antes de que entre en vigor unha nova lei do solo autonómica. De non conseguilo,

terían que adaptarse á nova norma e perder máis tempo e boa parte do traballo feito. Frades apremiou á Xunta

para que emita os informes que aínda faltaban e Ordes somete o seu PXOM ao pleno Páx. 3 este luns 15.

Boicot leiteiro á distribución

TRAZO

Entrevista con Martín Rei, portavoz do BNG Páx. 13

DEPORTES

A Liga de Atletismo demostra que non todo é fútbol Páxs. 27-28

CERCEDA

O Concello avalía como regularizar 1.630 farolas Páx. 7

ORDES

Os Gandeiros volven ás protestas coas granxas ao límite

Páx. 14

Estudan se é viable suprimir a rúa e unir os dous parques Páx. 5

ORDES

Terceiro intento de parcelaria en Poulo, á espera desde 1963

Páx. 2

OROSO

A conta xeral do ano pasado apróbase con controversia

Páx. 4

PROVINCIA

Os orzamentos da Deputación soben un 2,5 % en 2016 Páx. 10


2

Crónicas - Decembro 2015

Actualidade ORDES O alcalde asegura que o novo proceso podería concluír en seis anos

Novo intento na parcelaria de Poulo, pendente desde 1963 Terceira oportunidade. A parroquia de Poulo (Ordes) vai iniciar de novo o proceso de concentración parcelaria, despois de que o decretado no lonxano 1963 fora anulado por múltiples irregularidades e falsidades e de que o máis recente de 1999 fose declarado caduco o pasado mes de xullo. Agora, a Xunta anuncia de novo o inicio das tramitacións, que facilitarán a reordenación dunhas 400 hectáreas de terreos de labradío. Foi a propia conselleira do Medio Rural, Ánxeles Vázquez, a que se reuniu no local social da parroquia cun grupo de propietarios para informar do procedemento, acompañada polo alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo. Vázquez expuxo que esta parcelaria será a primeira que se acometa seguindo a nova Lei de Mellora da Estrutura Territorial Agraria de Galicia, que para a Consellería supón prazos máis breves e unha redución de custos “sen prexudicar os dereitos dos administrados”, di. A titular de Medio Rural evitou pronunciarse sobre cando podería rematar a concentración. Non así o alcalde, que mencionou “un prazo aproximado de seis anos, ou antes se fose posible” e pediu a máxima im-

O alcalde e a conselleira, en primeiro termo, nunha reunión con veciñanza de Poulo

plicación da Administración autonómica para que desta vez a iniciativa non se atranque. E O MONTE? Os veciños amosaron o seu interese por que a concentración chegue tamén aos terreos de monte e non só aos de labradío. A suxerencia quedou sen resposta. A parroquia ten unha superficie agraria e forestal de case 1.000 hectáreas, preto dun terzo de

uso agropecuario e os outros dous terzos de uso forestal. Na parroquia de Poulo, duns 320 habitantes, xa só quedan 25 explotacións gandeiras, cunhas mil reses rexistradas. Pese a todo, xunto a Barbeiros e Lesta é unha das zonas do municipio onde esta actividade aínda mantén certo dinamismo. Precisamente un dos atrancos que padeceron foi a falta de terreos ben organizados e dimensionados.

TRAZO

Inicio da segunda fase en Benza Xusto despois de pasar por Poulo, a conselleira achegouse a Trazo para abordar con propietarios e propietarias de terreos na parroquia de Benza o inicio da segunda fase da súa concentración parcelaria. Segundo Medio Rural, vaise reorganizar unha superficie de 1.167 hectáreas.

Máis de 1,1 millóns investidos en viais das parcelarias este ano As diversas zonas de concentración parcelaria do municipio de Ordes reciben durante este ano arredor de 1.153.000 euros por parte da Consellería do Medio Rural para mellorar os viais. Así o concretou o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, durante unha recente sesión plenaria da corporación municipal. En concreto, mencionou o investimento de 110.000 euros para o acondicionamento de camiños na zona de concentración parcelaria de Buscás II. En Beán-Pereira, o investimento é de 117.000 euros para entronques con estradas municipais e para o acondicionamento de camiños xa existentes, ademais de 51.000 euros para camiños secundarios do servizo da zona de protección ambiental e patrimonio cultural. Na parcelaria de MercurínLesta, os traballos executados, tamén acondicionamento de camiños, teñen dous proxectos, un por importe de 123.000 euros e outro de 19.400 euros. Na zona de Parada, as obras ascenden a 113.000 euros para camiños secundarios e a rede principal da parcelaria, xunto con outros 32.000 euros para construír unha intersección coa AC-413, á altura do quilómetro 2,65. E para a zona de concentración parcelaria de Santa Cruz de Montaos, a mellora de firmes en camiños supón un gasto total de 155.000 euros. O rexedor expuxo que estes proxectos están executados ou en execución e que se unen a obras de características semellantes xa acometidas en Montaos, Pereira e Mercurín-Lesta. Martínez Sanjurjo atribuíu as obras ás negociacións sostidas coa xefatura territorial de Medio Rural e en concreto cos responsables do servizo de infraestruturas.

ORDES O alcalde asegura que prescindirá dos procedementos negociados cando sexa posible

Compromiso “ético” do PP cos concursos públicos, pero voto en contra A iniciativa do BNG de Ordes para que o Concello contrate as obras e a prestación de servizos preferentemente mediante concursos públicos foi rexeitada cos votos do PP, a abstención de UxO e o voto a favor do propio Bloque e do PSdeG-PSOE. Pablo Vidal, edil nacionalista, de-

fendeu que cos concursos pódese acadar un maior aforro e sobre todo máis transparencia que co sistema de procedemento negociado sen publicidade, do que cre que tradicionalmente se fixo un uso “abusivo” no Concello, aínda sendo legal. Pese a votar en contra, o alcalde

ofreceu o seu “compromiso ético” para darlle prioridade ao concurso público no futuro. Jose Luis Martínez Sanjurjo explicou que nas obras da estrada do polígono e da praza de abastos non o fixeron porque non daba tempo, pero conseguiron rebaixas do 10 % nun caso e unha em-

presa local no outro. Ante as alusións ao anterior goberno por parte do PP e do BNG, Silvia Marín, portavoz de UxO, defendeu que os métodos utilizados no seu mandato son legais e que o procedemento negociado permite maior axilidade.


Crónicas - Decembro 2015

3

Actualidade COMARCA Patrimonio comprométese con Rey a ter o seu informe nuns días e o pleno de Ordes vota este luns

Frades e Ordes apuran a tramitación dos seus plans xerais antes de que chegue a nova lei do solo A próxima entrada en vigor dunha nova lei autonómica do solo fai que numerosos Concellos apuren os trámites dos seus Plans Xerais de Ordenación Municipal (PXOM) para non ter que adaptalos á nova norma e perder tempo. Na comarca, é o caso de Frades e de Ordes. Frades leva redactando o seu documento desde finais de 2009 e intenta que o pleno o aprobe de xeito provisional canto antes. Con ese fin, o alcalde, Roberto Rey, reuniuse co conselleiro de Cultura, Román Rodríguez e coa directora xeral de Patrimonio, Carmen Martínez, para desbloquear o informe que este departamento tiña pendente de emitir. Tras o encontro, o rexedor asegurou que lle confirmaron que “Patrimonio emitirá o seu informe antes de finais deste ano” e que “despois das correccións realizadas agardamos que sexa favorable, polo que unha vez superado o informe mediambiental poderemos facer a aprobación provisional no primeiro trimestre de 2016”. Coa idade o oído tamén se fai maior e perde eficacia. Esta evolución natural do sistema auditivo causa que cos anos perdamos audición, o que se coñece como PRESBIACUSIA. Tamén podemos perder audición por exposicións prolongadas a ruídos fortes sen protección, efectos secundarios a algúns medicamentos e outras enfermidades que prexudican ao sistema auditivo como poden ser a diabetes ou a hipertensión. O 40% das persoas maiores de 65 anos presentan algún grado de presbiacusia, é dicir, teñen perda auditiva. O 90% destas persoas consideran que oen aínda que moitas veces non entendan o que se lles di, sobre todo se hai algo de ruído de fondo. “COS ANOS VOU OÍNDO MENOS, PERO NON ESTOU XORDO” Como solución para compensar a maioría dos problemas auditivos podemos usar os audífonos. O atraso na detección do problema e a decisión de non adaptarse audífonos cando se necesitan só atrasa a

Reunión do alcalde de Frades co equipo da Consellería de Cultura

Para esa memoria ambiental, a Xunta tería un prazo máximo de dous meses. Probablemente sería excesivo para anticiparse á nova lei, pero o alcalde agarda “que poida estar listo en pouco máis dun mes”, o que facilitaría a aprobación provisional pola corporación local a tempo. Avanzarán así os trámites para que o urbanismo de Frades se rixa por un plan actual e

non polas normas subsidiarias desfasadas de hai varios lustros. PLENO EN ORDES En canto a Ordes, o pleno municipal que decidirá sobre a aprobación inicial do PXOM está convocado para este luns 14 de decembro, ás 8 horas. Na comisión previa á sesión plenaria, unicamente o grupo de goberno

Presbiacusia: a perda auditiva cos anos solución ao problema que, co tempo, será maior e de mais difícil solución. Por isto, é importante facer unha adaptación temperá para así conseguir uns óptimos resultados, aproveitando ao máximo os restos auditivos. Hai que ter en conta que os efectos da perda auditiva non se limitan unicamente á persoa que padece esta perda, senón que ten tamén un forte impacto na familia, amigos ou compañeiros de traballo. Probablemente a persoa que padece a perda auditiva sexa o último en enterarse de que a ten xa que a maioría das perdas auditivas ocorren de maneira progresiva polo que moitas veces a propia persoa non se da conta ata que se converte nun gran problema, mentres que xe-

ralmente as persoas do sen entorno o notarán antes. Algúns sinais que mostran as persoas con perda auditiva poden ser que piden con frecuencia ás persoas que repitan o que din, esfórzanse para seguir as conversas sobre todo se hai algo de ruído ao redor, aumentan o volume da televisión e co paso do tempo incluso poden evitar situacións que antes lles interesaban e isto débese a que as persoas poden sentirse frustradas cando a comunicación lles resulta difícil. “É IMPRESCINDIBLE REALIZAR UNHA REVISIÓN AUDITIVA UNHA VEZ AO ANO DESPOIS DOS 60 ANOS” Nas persoas maiores, a perda auditiva pode chegar a malinterpretarse como confusión, polo que debe

votou a favor, e todos os demais optaron pola abstención, reservando o sentido do seu voto para a sesión plenaria. Ao peche desta edición, a aprobación inicial dependía de UxO, dado que o BNG anunciou, en plena revisión da documentación, que o seu voto sería con moita probabilidade contrario á aprobación xeral. O seu portavoz, Pablo Vidal, asegura a Crónicas que “apreciamos varios incumprimentos da lei 9/2002 [a coñecida como lei do solo], que explicaremos no pleno”. Cómpre ter en conta que desde que mudara o grupo municipal do BNG en 2013 nunca tiveran oportunidade, ata agora, de acudir a unha reunión ou comisión informativa sobre o plan xeral. Oficialmente, UxO non tiña decidido aínda o seu posicionamento ao peche desta edición. Tería que decidir se apoia un plan que en boa medida se elaborou no seu mandato ou se os cambios introducidos polo PP lle impiden votar a favor. Opinión na páxina 31

realizarse unha proba auditiva exhaustiva periódica a lo menos unha vez ao ano. Para isto, busque sempre un establecemento específico onde o diagnostiquen e informen axeitadamente. Actualmente, e segundo o Decreto 12/2009 da Xunta de Galicia, a realización de probas audiométricas, adaptación e venta de audífonos realizarase nos establecementos sanitarios autorizados para elo pola Consellería de Sanidade. O centro auditivo OE+, que cumpre con todas as esixencias da Consellería de Sanidade, conta cun espazo e equipamento que supera aos requiridos ademais de persoal titulado amplamente formado. En OE+ realizamos o estudio audiométrico detallado e completo. Nunha primeira revisión deberanse realizar, como mínimo, as seguintes probas: otoscopia, audiometría vía aérea, audiometría vía ósea, limiares de molestia, logoaudiometría; e en determinados casos segundo os resultados obtidos poden ser necesarias outras probas complementarias tales como: enmascaramento, timpanometría ou ten test entre outras.


Crónicas - Decembro 2015

4

Actualidade Aprobado o cambio puntual no Plan Xeral por mor do enlace sur da autoestrada Na mesma sesión plenaria, aprobouse de maneira provisional unha modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal, relativa á construción do enlace sur da AP-9. A proposta rexeita as alegacións presentadas no período de exposición pública aberto tras aprobar en xullo unha emenda da Xunta. Votaron a favor da modificación o PSOE e o BNG, e en contra o PP e Anova. A Xunta pedira que se compensase a zona verde que se perde no polígono industrial ao construír o enlace da autoestrada. O alcalde, Manuel Mirás, asegura que á Xunta sérvelle que a superficie de zona verde se recupere noutros puntos do concello. O BNG cre que se preserva o interese veciñal. O PP optou por agardar o que ditamine a Xunta. E Anova considera que o proxecto presentado está fundamentado nun informe falso.

OROSO Rrematou co remanente negativo en 48.000 euros e un superávit de 471.000

O goberno aproba a conta xeral de 2014 e a oposición acúsao de “mentir” O goberno de Oroso aprobou en solitario a conta xeral do Concello de 2014, o documento contable que serve de peche do exercicio financeiro. O executivo defende que a situación é boa e toda a oposición votou en contra, co seu principal grupo, o PP, acusando ao goberno de mentir no remanente líquido de tesourería para gastos xerais. O alcalde, Manuel Mirás, admitiu que ese remanente foi negativo en 48.404 euros e atribuíu a un “erro” que previamente dixera que fora positivo. Non obstante, o rexedor destacou que “tamén é certo que temos un superávit de 471.216 euros”. O PP, que se abstivera na comisión especial de contas previa ao pleno, xustificou o seu cambio de postura en que “o alcalde non explicou os motivos polos que o remanente pasou a ser negativo, cando o goberno local comunicara que era positivo”. “Nas notas de prensa que o goberno local envía aos medios e na web municipal eliminouse o cualificativo negativo -asegura o portavoz do PP, Alexander

As tres formacións da oposición votaron en contra do documento contable de 2014

Doval- e só se fala dun remanente de 48.000 euros”. Para o líder do PP de Oroso, foi “unha sorpresa moi desagradable” ver que era negativo e considera “suficientemente grave” o sucedido para votar en contra. Doval cre que “o rexedor trata de facernos parvos a todos os veciños de Oroso”. En cambio, Mirás aprezou que “por moito que lean a parte que non é tan boa, as contas do Concello de

Oroso están moi ben e así o poden comprobar se consultan co Ministerio de Facenda ou coa Deputación”. A oposición ciritcou tamén a situación laboral do arquitecto e pediu sacar a concurso varios servizos para intentar aforrar. O alcalde explicou que se licitou o de iluminación e que o de fontanería quedou deserto e lembrou que o arquitecto fora contratado no goberno do PP.

TORDOIA

ORDES A goberno municipal visita o inicio do vial con dous parlamentarios do PP

O alcalde defende a seriedade da corporación coas obras fronte ás críticas do PSOE

As expropiacións para ampliar a estrada de Mercurín valóranse en 250.000 euros

O alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro, defendeu a seriedade da corporación que preside logo de que o PSOE criticase a realización de obras na parroquia de Castenda. Os socialistas cren que se utilizaron cartos públicos en propiedades privadas na Tarroeira e en Saboi. O seu portavoz, Carlos García, mesmo ameazou con denunciar ante a Policía Nacional porque ve unha “trama organizada”, di. O alcalde explicou que os traballos forman parte do Plan de Obras e Servizos da Deputación, aprobado no pleno en novembro de 2014 “por unanimidade, é dicir, tamén cos votos a favor do grupo socialista”. Antonio Pereiro rexeita as acusacións e indica que o Concello “aproba os proxectos en pleno e contrata e executa con arreglo á lexislación vixente”. O goberno tamén desmente que suba a débeda. Todo o contrario, recalca que cumpre o plan de axuste e o pago a provedores.

As expropiacións de terreos nas obras da estrada que vai desde Merelle a Cerceda a través de Mercurín están valoradas nuns 250.000 euros. Así o prevé a Xunta, que precisa que esta contía é independente do propio investimento de 1.500.000 euros, repartido en 750.000 euros en 2016 e outros 750.000 euros en 2017. As cifras ratificáronse nunha visita ao vial dos parlamentarios autonómicos do PP Paula Prado e Francisco Santos, este tamén concelleiro en Cerceda, en compañía de integrantes goberno local ordense, encabezados polo alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo. Prado comentou que se trata dunha obra moi demandada polos veciños e que servirá para mellorar o firme e ampliar o vial, de titularidade municipal, que desde hai anos presenta un ancho insuficiente para a cantidade e o tipo de tráfico que soorta, carece de beiravías e ofrece un firme cun estado moi deficiente. Desde antes de 2010, a mellora da estrada figuraba cun proxecto de

Integrantes do goberno local, cos dous parlamentarios do PP, visitando a estrada

maior envergadura no Plan Miner, que se foi pospoñendo e finalmente non logrou saír adiante, feito polo que foron criticados a Consellería e o Ministerio de Industria. No tramo final do pasado mandato, o Concello optou por impedir o tráfico pesado, posto que boa parte da deterioración da estrada débese ao tráfico de ca-

mións de lixo e a Xunta non ofrecía entón ningún apoio. Para a controversia política, queda que a visita de Prado e Santos, divulgada mediante unha nota de prensa do PP, foi difundida despois polo Concello nas súas redes sociais e aos medios, dando pé a pensar no uso partidista e electoralista da institución.


Crónicas - Decembro 2015

5

ACTuALIDADE ORDES Aberto un concurso de ideas para reorganizar a rúa Rodríguez de la Fuente

ORDES

unimos os parques ou mantemos a rúa?

O Concello busca voluntarios durante decembro para crear o Camiño Escolar Seguro

O debate está activado. É imprescindible a rúa Félix Rodríguez de la Fuente ou sería máis vantaxoso suprimila e unir os dous parques que separa en Ordes, o Municipal e o que tamén leva o nome do naturalista e divulgador burgalés? De momento non hai unha resposta nin moito menos unha decisión tomada. A proposta de supresión da rúa, situada en pleno centro da vila, presentouna o grupo do BNG. Solicitaban construír na superficie resultante uns aseos accesibles, eliminar o pasadizo subterráneo existente entre os dous parques e pechado desde hai anos, e establecer un sentido único de circulación na Rúa do Parque desde a do Mercado ata a do Recreo, que permitiría anchear a beirarrúa perimetral. Paula Castenda, concelleira do Bloque, asegura que “os parques e as zonas verdes e de lecer en Ordes son un ben escaso e en moitos casos mal deseñados ou desaproveitados, como pode ser o caso do Parque Municipal”. Ademais de tal reforma, os nacionalistas propuxeron convocar un concurso de ideas para que a veciñanza efectúe as súas propostas.

A rúa Rodríguez de la Fuente divide os dous parques máis céntricos da vila

Esta última foi a única parte da proposta que saíu adiante no debate do pleno municipal. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, puxo de prazo para recibir ideas ata o 31 de marzo. Viu “interesantes” aspectos da iniciativa do BNG, como o sentido único na Rúa do Parque, pero precisou que intervir nun lugar tan crucial precisa un estudo rigoroso previo. O secretario municipal advertiu de que suprimir unha rúa implica unha modificación puntual das normas urbanísticas. Silvia Marín (UxO) tamén saudou

a iniciativa do BNG, á que lle engadiría elevar o parque Rodríguez de la Fuente para acabar co seu considerable desnivel, aproveitando a parte inferior para construír un aparcadoiro. Verónica Gómez (PSOE) concordou co punto de partida da moción, pero amosouse “preocupada” polos efectos que tería no tráfico a supresión da rúa: “o Mercado é unha rúa moi transitada e moitos vehículos saen por aí da vila, despois terían que saír case todos polo lado do Concello”, anticipou.

As persoas que desexen participar como voluntarias na creación do Camiño Escolar Seguro en Ordes poden inscribirse xa no Concello. Durante este mes de decembro, o departamento municipal de Educación elabora o rexistro cos interesados co propósito de comezar coa iniciativa en canto sexa posible. O Camiño Escolar Seguro, proposto polo PSOE e aprobado pola corporación municipal, pretende crear itinerarios sinalizados e custodiados por persoas adultas para que o alumnado a partir segundo de primaria poida ir camiñando a pé sen necesidade de acompañamento familiar. Este proxecto, que xa se aplica noutras localidades galegas, pode conformarse como un mecanismo máis para a conciliación da vida familiar e laboral, tamén permite que os menores gañen en autonomía e contribúe á mobilidade segura e a facer da rúa un espazo vivo e seguro.

CHRISTMAS CAMP 2015. Dirixido a nenos/as escolarizados/as. Dez días: 21, 22, 23, 24 ,28, 29. 30 e 31 de decembro e 4 e 5 de xaneiro, no CEIP de Sigüeiro.

PRESENTACIÓN DO CONTO INFANTIL “Non quero xogar ás agachadas coa lúa”, de Estela Suárez Recouso con ilustracións de Eitor Picallo. Venres 18, ás 20:00 h, no centro cultural.

NADAL SOBRE RODAS EN FAMILIA. 21, 22 e 23 de decembro, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 h. Inscricións antes do 16 de decembro no centro deportivo.

EXCURSIÓN “BOLERA”. Luns 21 de decembro, excursión gratuíta a Solbowling (Oleiros), partidas de birlos e xantar. Maiores de 12 anos. Inscricións no centro cultural.

CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA. Contacontos: sábados 12 e 19, ás 11:00 h. Club de Lectura: venres 11, ás 18:00 h. A Rebotica dos Contos: venres 18, ás 18:00 h. Inscricións na Biblioteca.

OBRADOIRO DE AGASALLOS DE NADAL. Martes 22 de decembro, ás 11:00 h. no centro cultural. Nen@s de 5 a 12 anos.

BELÉN VIVENTE DA GARDERÍA MUNICIPAL “A ULLOA”. Venres 11 de decembro, no centro cultural ás 18:00h. FESTIVAL DO CRA. Venres 18 de decembro, pola mañá, no centro cultural. VISITAS DOS PAXES REAIS. Venres 18 de decembro.

MAXIA MAGO MARTÍN CAMIÑA co espectáculo “Momentos de asombro”. Mércores 23 de decembro ás 18:00 h no centro cultural. BAILE DE NADAL PARA MAIORES. Sábado 26 de decembro, 19:30 h. no centro cultural. Actuación do Grupo Chanel. FESTIVAL DE NADAL DA AULA DE MÚSICA. Luns 28 de decembro, ás 19:00h. actuación

dos/as alumnos/as da Aula de Música, no centro cultural. DEPOR CAMPUS OROSO. Do 28 ao 31 de decembro, de 10 a 14:00 h, no campo de fútbol Lino Balado. Dirixido a nenos/as de 6 a 14. Organizan: Real Club Deportivo da Coruña e Concello de Oroso. IMOS CANTAR OS REIS. Martes 29, de 17 a 20:00 h, no centro cultural. CONCERTO DE PANXOLIÑAS. Mércores 30, ás 20:30h, no centro cultural. OBRADOIRO DE CARBÓN DE REIS. Luns 4 de xaneiro, ás 17:00 h no centro cultural. Maiores de 6 anos. GRAN CABALGATA DE REIS. Martes 5 de xaneiro, ás 17:30 h, percorrido polas rúas de Sigüeiro. Recepción na Casa do Concello ás 18:15 horas. Festa no Pavillón de Deportes a partir das 19:00 h. Para colaborar como paxe/pastorcillo, inscríbete no centro cultural.

Máis información no centro cultural 981 690 903 ou na páxina web (www.concellooroso.com)


6

Crónicas - Decembro 2015

Actualidade FRADES

ORDES A participación é gratuíta e inclúe asesoramento e supervisión do proceso

Un curso forma dezasete persoas na xestión de residuos agrarios e forestais

O programa de compostaxe de Sogama chegará a cincuenta familias ordenses

Dezasete veciños e veciñas de Frades participaron nun curso formativo sobre xestión de residuos agropecuarios e forestais, que o Concello organizou coa colaboración da Deputación da Coruña. Durante tres horas, nunha única sesión, o alumnado do curso tivo ocasión de coñecer algunhas das medidas necesarias para procesar ou eliminar os residuos que se xeran nas súas explotacións agrarias, gandeiras e forestais. A premisa básica das técnicas expostas no cursiño foi a do respecto e a preservación do ambiente.

Ata cincuenta familias ordenses poderán participar de balde no programa de compostaxe doméstica de Sogama. Así o concretaron nunha reunión o presidente da empresa de tratamento de residuos, Javier Domínguez Lino, e o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo. En cada vivenda participante recibirán un composteiro de 340 litros de capacidade, fabricado con material reciclado e reciclable. A condición é que as familias dispoñan de horta ou de xardín, posto que con este sistema os residuos orgánicos transfórmanse en fertilizante natural. Sogama encargarase ademais de impartir un curso específico de formación entre os participantes e entregaralles un manual co que resolver as dúbidas máis frecuentes. Persoal do Concello efectuará unha supervisión do proceso, visitando as familias participantes para avaliar se aplican ben a técnica e solucionar as posibles incidencias. As persoas interesadas en participar poden acudir ao departamento

ORDES

ORDES Nova distribución interior, pintura e adecentamento da contorna

A transformación do centro comarcal en viveiro de empresas carecía de proxecto

O obradoiro de emprego comeza a remodelar a escola da Rúa de Galicia

A transformación do centro comarcal de Ordes nun viveiro de empresas carece aínda de proxecto construtivo. No recente pleno municipal, aprobouse unha moción do BNG que reclamaba a elaboración do proxecto e que se contemple “o máximo aproveitamento” do espazo para que haxa despachos e zonas de traballo de dimensións axeitadas e que non falten todas as dependencias precisas para o desenvolvemento da actividade, incluído o salón de actos. O BNG queixábase tamén de que xa se acometeron algunhas obras no edificio, con “improvisación”. O goberno local afirmou que xa están traballando nun proxecto e aceptou tamén a petición do BNG de facer públicos os informes de sustentabilidade financeira e duplicidade elaborados pola Universidade de Santiago. O alcalde, que desvelou que no Concello non estaban os informes, reuniuse cos asesores da USC.

A antiga escola da Rúa de Galicia de Ordes, que agora ten funcións de centro sociocultural, está sendo sometida a unha remodelación por parte do obradoiro de emprego ‘Terras de Trastámara’. Os principais traballos que se acometen desde hai unhas semanas son os da redistribución dos espazos interiores, algunha pequena reforma e o pintado interior e exterior. Tamén están previstos labores de xardinería e de acondicionamento do exterior. A estimación é que as obras rematen no próximo mes de febreiro. Supoñen un paso máis na rehabilitación do edificio, que xa o ano pasado recibira un novo tellado. O local acolle diversos cursos formativos e reunións, encontros e outros eventos de tipo social. O obradoiro de emprego ‘Terras de Trastámara’ foi impulsado en conxunto polos Concellos de Ordes, Frades e Trazo. A Xunta achega unha subvención de 179.000 euros á iniciativa, mentres que os tres Concellos financian con 41.000 euros (18.000 de

O cursiño durou tres horas

Javier Domínguez, presidente de Sogama, e José Luis Martínez, alcalde de Ordes

de Medio Ambiente do Concello, onde recibirán información e tramitarán a súa inscrición no programa. O alcalde de Ordes asegurou que con este programa as familias poderán elaborar compost de uso particular sen custo ningún e que a redución da materia orgánica que se deposita nos contedores abaratará a factura

do tratamento do lixo para o Concello. Beneficios ambientais e económicos, por tanto. Segundo o Concello, desde o ano 2010 ata a actualidade, Sogama repartiu máis de 4.700 composteiros entre máis dun cento de Concellos, centros educativos e colectivos sociais.

Está previsto que os traballos rematen no vindeiro mes de febreiro

Ordes, 15.000 de Trazo e 8.000 de Frades). No proxecto fórmanse e traballan vinte persoas durante seis meses. Ao remate do obradoiro, reciben un certificado de profesionalidade homologado. As modalidades formativas do obradoiro son as de fábricas de albanelería, pintura decorativa en cons-

trución e actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería. Ademais deste local en Ordes, os alumnos e traballadores intervirán na rehabilitación da casa reitoral de Chaián (Trazo) e nos locais sociais das parroquias de Ledoira e de Papucín (Frades).


Crónicas - Decembro 2015

7

Actualidade

G

Marcos Guerra Mengual Bernardo Guerra González

A CORUÑA c/ Asturias, 9 Lunes o Viernes - 11:00 a 13:30

ABOGADO - GRADUADO SOCIAL

CARBALLO c/ Fomento, 16 Entrs. Jueves - 11:00 a 13:30

G

ASESORÍA JURÍDICA

PREFERENTES

PENSIONES

SEPARACIONES

SEGURIDAD SOCIAL

CIVIL / HERENCIAS

Telf. 981 150 128

ORDES Rúa Compostela, 16 bajo Miércoles - 11:00 a 13:30

Fax 981 246 789

CERCEDA A oposición carga contra o alcalde, que asume parte da responsabilidade pero non “as animaladas”

Cerceda estuda como regularizar 1.630 puntos de luz O Concello de Cerceda estuda como regularizar 1.630 puntos de luz dos chamados “alzados” ou “soltos”, non conectados á rede de alumeado. Son aproximadamente o 40 % das case 4.000 farolas do municipio. A normativa obriga a que conten con medidas de seguridade e a economía aconsella poñerlles contador, posto que a compañía eléctrica cobra unha contía fixa por elas, que de feito é superior ao seu consumo real. A cuestión foi motivo de debate no pleno, a raíz de que o grupo do PP solicitase, sen éxito, un plan no que se especificase cales farolas se retirarán, cales se regularizan e cales serían cedidas aos veciños para conectalas á súa rede doméstica. Tamén demandaban que o documento estivese dispoñible na páxina web. O alcalde, José García Liñares, expuxo as dificultades do proceso. Cada

punto legalizado tería un custo duns 1.600 euros, segundo dixo, o que en total sumaría uns 2,6 millóns de euros como mínimo. Tamén se contemplarían outras opcións, como conectalas á rede de alumeado onde fose posible. De todas maneiras, ningunha decisión está tomada aínda e o rexedor adiantou que, dada a envergadura da iniciativa, se fará por parroquias e non rematará neste mandato. García Liñares citou como premisas “legalizar as imprescindibles e suprimir as innecesarias”, ademais de ceder outras. Descartou en todo caso, por “imposible”, fixar un criterio único porque hai situacións moi variadas. Non obstante, a parte máis viva do debate produciuse cando o alcalde advertiu da existencia de “auténticas animaladas”, como vivendas en ruínas con dous puntos de luz ou

José García Liñares, alcalde de Cerceda

farolas iluminando fincas. García Liñares, que precisou que varios Concellos da contorna están inmersos en procesos semellantes, asumiu “unha parte da culpa”, pero “toda non”. Francisco Santos (PP) replicou-

lle que se trata dun problema xerado durante moitos anos e insistiu en reclamar un plan “con criterios técnicos e non que o ollímetro do alcalde decida que farolas se quitan”. Para el, o alcalde “non asume a responsabilidade, trata de evitala”. Rocío da Igrexa (BNG) reprochoulle ao primeiro edil que falase “como se as farolas aparecesen por inspiración divina” e non levase dúas décadas no poder. Criticou ademais un suposto uso electoralista dos puntos de luz. García Liñares rexeitou tal acusación e ofreceu a súa dimisión se alguén demostraba que pediu votos a cambio de farolas. O alcalde afirmou que a gran maioría son previas á súa chegada á alcaldía e precisou que “hai 25 anos algunha podía ter sentido, hoxe non”. E tamén incidiu en que a oposición fala do tema só despois de que el anunciase o proceso.


8

Crónicas - Decembro 2015

ACTuALIDADE ORDES

ORDES Sería financiada mediante un convenio entre o Concello e a Deputación

Cuantifican en 1,2 millóns de euros a renovación do sistema de alumeado público

O PSOE posiciónase como o muñidor para lograr unha pista multideporte

Renovar o alumeado público de Ordes para instalar equipamentos eficientes tería un custo de 1,2 millóns de euros. Así figura nunha das memorias das que dispón o goberno, segundo o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, en resposta a unha petición de Verónica Gómez (PSOE). A portavoz socialista pedía implantar sistemas LED, máis eficaces, duradeiros e aforradores que os tradicionais de vapor de sodio. O rexedor explicou que se fixeron xa cambios en varias instalacións, pero a intervención integral tería un custo moi elevado. Ve moi necesario intervir en Alfonso Senra, cun consumo moi elevado. Martínez ve o investimento moi positivo porque se amortizaría “en cinco ou seis anos”, pero a contía obriga a analizar o financiamento. Instou á portavoz do PSOE a facer valer as súas supostas influencias na Deputación para lograr apoio. Gómez rebate que lle corresponde á Xunta, do PP.

O PSOE de Ordes ofertou a construción dunha pista multideporte en Vista Alegre, que se financiaría mediante un convenio de colaboración entre o Concello e a Deputación da Coruña, na que o partido ostenta a presidencia. A idea trascendeu despois dunha reunión na sede local do partido con catro deputados provinciais da formación: José García Liñares, Antonio Leira, José Manuel Pequeño e José Luis García. A portavoz municipal ordense, Verónica Gómez, asegurou que aproveitaron a visita “para interesarnos por esta posibilidade, pois levamos anos advertindo da necesidade de que Ordes conte cunha cancha de tenis e outra de baloncesto”. O seguinte paso foi presentar a proposta no pleno municipal, instando ao Concello a solicitar na entidade provincial a sinatura do convenio. Por suposto, todas as formacións locais coincidiron na necesidade da pista e de feito o goberno municipal confirmou a solicitude. Sen embargo, o alcalde, José Luis

CERCEDA

Designan unha comisión para marcar de novo os lindes con Carral no Xalo, tras constatar erros O pleno de Cerceda aprobou por unanimidade designar unha nova comisión para establecer outra vez os lindes con Carral no Xalo, recuperando para Cerceda boa parte do terreo cedido nun acordo en 2011. Segundo explicou o alcalde, produciuse un erro cando na documentación se lle cedeu toda a zona en dúbidas a Carral, cando en realidade estaba previsto que o 75 % fose para Cerceda e o outro 25 % para o municipio veciño. José García Liñares admitiu parte da culpa: “eu non o detectei, pero vostedes tampouco”, asegurou ante as críticas do BNG por “falta de rigor”. O PP preguntou como afectaría o novo proceso de deslinde sobre a adaptación do plan parcial da urbanización. O alcalde detallou que, unha vez coñecidos os novos límites, hai que volver a calcular parámetros como as superficies de equipamento, zonas verdes, metros de habitabilidade... Non obstante, o rexedor aludiu a

un acordo plenario no que o Concello non se facía cargo da urbanización da súa zona, a diferencia de Carral. “Nese momento, en Carral pasou a ser público e en Cerceda privado, a non ser a rúa principal”, describiu, negando desentenderse da urbanización, como acusaba o PP. Ademais, precisou que o Concello si ten capacidade para desenvolver o plan parcial, insistindo en que primeiro hai que contar coa delimitación. Admitiu que o proceso leva máis tempo do desexado, con tres procesos de deslinde con Carral en poucos anos que impiden avanzar. García Liñares tamén indicou que a Xunta fai as mesmas esixencias que se a urbanización se fixese nova agora, cando “é evidente que hai elementos cos que non podemos arrasar”. Bota en falta flexibilidade na administración autonómica. Con todo, anticipou que tras os trámites virá aínda algo máis difícil. Desenvolver a urbanización ten un custo duns seis millóns de euros.

Reunión na sede do PSOE ordense, coa asistencia de catro deputados provinciais

Martínez Sanjurjo, aprezou que o proxecto “non ten que cinguirse exclusivamente ás instalacións deportivas de Vista Alegre, senón que tamén se poden considerar outras zonas como por exemplo o paseo fluvial”. O emprazamento suxerido polo rexedor non sería de todo contra-

rio á premisa mencionada polo PSOE de que a actividade da pista multideporte non interfira coa actividade doutras persoas en rúas e prazas “como acontece nestes momentos”, din. Tamén destacan que a infraestrutura non sería unha carga económica para o Concello, polos seus baixos custos de mantemento.

FRADES

Reunión do goberno municipal coa conselleira do Medio Rural

Desde a esquerda, Ánxeles Vázquez, Roberto Rey e Manuel Ferreiro

O alcalde de Frades, Roberto Rey; máis o seu concelleiro do Medio Rural, Manuel Ferreiro, reuníronse coa conselleira do Medio Rural, Ánxeles Vázquez, para solicitar diversas melloras en infraestruturas. Non trascendeu ningunha petición concreta nin de momento

tampouco compromisos por parte da titular da Consellería. O rexedor aproveitou ademais para trasladarlle a Vázquez, ata hai uns meses alcaldesa de Melide, a preocupación existente no municipio polos baixos prezos do leite nos últimos tempo s.


Crónicas - Decembro 2015

9

ACTuALIDADE A Agrupación Socialista de Trazo deséxalles a todos os lectores de Crónicas e, en especial, aos veciños e veciñas de Trazo un BO NADAL e VENTUREIRO 2016, que co apoio de todos/as comezará este 20 de Decembro da man do socialista Pedro Sánchez.

ORDES A goberno municipal dá conta do remate dun investimento de 174.000 euros no recinto

A Praza de Abastos, case como o Escorial Proxectos, reformulación dos proxectos, obras, revisión das obras, novos proxectos, unha planificación de usos, outra, volta atrás, cambio de idea, avance, obras outra vez... Se a algo recordan os cambios na Praza de Abastos de Ordes nos últimos anos é á construción do Mosteiro do Escorial, o paradigma histórico de obra que se prolonga no tempo de maneira case indefinida e non adaptándose estrictamente ao proxecto inicial. Non obstante, a reforma do recinto ordense pode darse agora practicamente por rematada, co remate dun investimento de 174.000 euros, a metade procedentes dunha subvención autonómica, destinados tanto á infraestrutura como a algúns elementos do seu equipamento. O goberno ordense, que levou a comprobar o remate dos traballos a varios dos seus integrantes, entre eles o alcalde, explicou que un dos últimos cambios decididos foi anular as portas automáticas de acceso e colocar unhas de acceso manual. Este paso permitiulle dispoñer de 12.000 euros, que utilizou para instalar e equipar unha cociña para cur-

Aspecto dunha zona da Praza de Abastos ordense, que incorpora unha cociña na planta alta e foi visitada polo goberno local

sos e demostracións cos produtos á venda na propia praza. Polo demais, o Concello indica que se suprimiu a rampla de acceso por non cumprir a lexislación vixente, que se ampliaron os banzos da escada principal, que se colocou un falso teito de PVC e que se preparou o peche da zona de acceso traseira. Ademais, efectuáronse melloras

no cuarto onde se emprazan os cadros eléctricos, atallaron as filtracións de auga nun dos postos, instalaro peches e pintaron as paredes e o chan. Durante a visita á Praza de Abastos, os compoñentes do executivo municipal consultaron cos responsables dos postos o resultado dos traballos acometidos. Esta por ver se a

modernización da praza, que durante lustros viviu practicamente de costas á vila e con escasa actividade pese a estar no centro, serven para atraer nova clientela. Mais primeiro queda pendente o reto de ampliar a oferta, tendo en conta que unha parte considerable dos postos continúan baleiros e ata agora non espertaron interese por falta de rendibilidade.

brar e l e ac Ven uestro n

E 19 D

BRE

IEM DIC

Tenemos lo último de tus

personajes favoritos. S, ALO TEO G E ¡Date prisa y no te quedes sin él!. SOR RÁ R HAB NTOS Y N LAS A CUE A CO DES RPRES DEL DÍ S O S PRA COM

Ropa en general, calzado, paraguas, mochilas, peluches.. ¡¡¡y juguetes!!!!

Os des ea Felice mos unas s Fies tas!!!

Rúa da Canteira, nº2. - ORDES (A Coruña).- Teléfono: 981 688 646


Crónicas - Decembro 2015

10

Actualidade COMARCA

PROVINCIA O goberno provincial destaca que se manterá a débeda cero

Gas Natural Fenosa instalará alarmas nos encoros de Vilagudín e de San Cosmade

Os orzamentos da Deputación medran un 2,5 % , ata case 176 millóns de euros

A empresa Gas Natural Fenosa vai instalar sistemas de aviso acústicos non encoros de Vilagudín (Ordes) e de San Cosmade (Cerceda) para advertir de posibles liberacións de auga que poderían supoñer algún tipo de risco augas abaixo. A filial de enxeñaría da compañía solicitoulle permiso a Augas de Galicia para acometer as obras, que consistirán en instalar salas de emerxencia con casetas prefabricadas colocadas sobre unha soleira de formigón con tomas eléctricas e de telecomunicacións. Cada caseta levará unha sirena, e no caso de Vilagudín instalarase unha adicional xunto ao antigo apeadoiro do tren en Gorgullos (Tordoia). O proxecto, que recolle accións similares no encoro de Portodemouros (Arzúa), está en exposición pública ata o 25 de decembro para posibles reclamacións. O expediente pódese examinar no Concello de Ordes.

Os orzamentos da Deputación da Coruña para 2016 soben un 2,5 % con respecto aos deste ano, de maneira que acadan os 175,6 millóns de euros en total. Recibiron o voto a favor do PSdeG-PSOE, do BNG, de Compostela Aberta, de Marea Atlántica e de Alternativa dos Veciños, mentres que o grupo do PP optou pola abstención. A promoción do emprego e a atención aos Concellos son as prioridades que exhibiu o goberno provincial. Tamén describiu as contas como “rigorosas, municipalistas, sensibles en temas sociais e austeras no gasto corrente”, en palabras do deputado encargado da área de Economía, Antonio Leira. O presidente da corporación provincial, o socialista Valentín González Formoso, fixo fincapé na situación saneada da institución. Algo que atribuíu ao “esforzo” das diversas corporacións previas, gobernadas tanto por Salvador Fernández Moreda (PSOE) como por Diego Calvo (PP). A situación da Deputación coruñesa contrasta, sen débedas, contrasta

OROSO

CERCEDA

COMARCA

Manuel Mirás asume a vicepresidencia executiva da federación galega de municipios

O alcalde non descarta baixar o tipo da contribución máis adiante

A Cruz Vermella pide voluntarios en toda a provincia para atender nenos e maiores

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, foi designado vicepresidente executivo da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), durante a asemblea que renovou a dirección da entidade e da que como presidente saíu escollido o alcalde do Barco de Valdeorras, o tamén socialista Alfredo García. Completan a directiva o alcalde de Cervo, Alfonso Villares (PP) como vicepresidente primeiro, e o alcalde de Carballo, Evencio Ferreiro (BNG), segundo. Un acordo entre polo que o PSOE cedeu votos ao BNG, impediu o acceso do alcalde de Sada, Benito Portela, promovido polas Mareas, que se reivindicaron como terceira forza nas municipais. O novo presidente comprometeu “traballo, responsabilidade e diálogo” e marcouse como principais retos para o municipalismo os de lograr “un marco competencial axeitado e unha financiación xusta”.

O pleno de Cerceda rexeitou unha proposta do BNG para rebaixar o tipo do Imposto de Bens Inmobles (IBI), cos votos en contra do goberno (PSOE) e a favor do propio grupo nacionalista e do PP. Sen embargo, o alcalde non descartou aplicar algún tipo de redución dentro dun ano. Coa súa iniciativa, os nacionalistas trataban de adiantarse aos efectos da posta ao día ou suba dos valores aplicada polo catastro e tamén da entrada de numerosos inmobles no padrón fiscal. Ademais de reducir en xeral a porcentaxe dese valor que o Concello cobra como imposto, a chamada contribución, tamén pedían crear bonificacións para as rendas baixas. O alcalde, José García Liñares, replicou que o tipo que aplica o Concello non cambia desde 2012 e considera que “non é unha barbaridade”. Non obstante, ante a suba dos valores catastrais e a incorporación de inmobles que ata agora non pagaban, anticipou que “á vista do que se recade, poderemos baixar o ano que vén”. Ve difícil establecer neste momento cal sería a rebaixa idónea. E

Votaron a favor do orzamentos PSdeG, BNG, MA, CA e AdV, e abstívose o PP

coa que acumulan outras entidades provinciais en España. Baixando aos aspectos concretos, cabe destacar que o Plan de Emprego triplicará o vindeiro ano os seus recursos, cun importe de tres millóns de euros. González Formoso manifestou que a acción do seu goberno

de todas maneiras, segundo engadiu na sesión plenaria celebrada a finais de novembro, non daría tempo a tramitar unha rebaixa do tipo para que entrase en vigor antes de pasar os vindeiros recibos. A portavoz do BNG, Rocío da Igrexa, lembrou que o tipo subira en 2012 do 0,49 ao 0,52 e cre que o Concello si debería facer xa o “esforzo”. Segundo ela, a actualización dos valores vai repercutir moito. Citou contribuíntes que pasan de pagar 30 euros a 200, aínda que o alcalde restoulles relevancia aos exemplos illados. Francisco Santos (PP) aproveitou para sinalar que “hai moitas irregularidades no IBI, como solares con calificación urbana pero restrinxidos a uso agrario”. O alcalde repasou a recente regularización, que fixo que se desen de alta uns 800 inmobles. Outros 200 están en trámites e uns 120 pendentes. García Liñares defendeu o proceso para rematar con agravios comparativos, posto que había edificacións que existen desde hai dez anos que nunca pagaron IBI, e que agora pagarán os catro últimos.

neste eido non se limita a ese plan, senón que tamén as contías para investimentos contribúen a manter e xerar actividade económica na provincia. Non obstante, admitiu suxerencias dos grupos políticos para afondar nesta liña, para a que agarda tamén a colaboración da Xunta.

A Cruz Vermella necesita incorporar máis voluntarios ao seu equipo nas quince sedes que esta organización ten na provincia, entre elas unha en Ordes. Especialmente requiren colaboradores para as súas actividades de apoio escolar, campañas de sensibilización xuvenil, teleasistencia e acompañamento de persoas maiores. En Ordes, a Cruz Vermella cuantifica 41 voluntarios en activo, do total de 1.600 da provincia. O perfil de persoa voluntaria maioritario é o dunha muller, duns 39 anos de idade e con estudos superiores. Dedican unha hora semanal a apoiar persoas e colectivos vulnerables. Cruz Vermella lembra que “o voluntariado é a base do noso traballo e eles conseguen que, cos mesmos recursos, esteamos apoiando cada vez máis persoas”, en palabras de Pedro Giménez, director provincial de Formación e Voluntariado.


Crónicas - Decembro 2015

11

PuBLICIDADE

VIVE A MAXIA DO NADAL EN ORDES 18 DECEMBRO Visita dos Paxes Reais á escola de Merelle e á escola infantil Sorrisos 19 DECEMBRO Concerto de Nadal da Escola de Música. No auditorio da Casa da Cultura de Ordes. Ás 12:30 h.

28 DECEMBRO Tarde de maxia. “Animagicos”. No auditorio da Casa da Cultura, ás 18:30 h. Para público familiar. 29 DECEMBRO Obradoiro de cupcakes de Nadal. Local da Praza de Abastos. Prazas limitadas. Prezo: 9 €.

23 DECEMBRO Tarde de Contos e Lendas: “As aventuras de Ilri e o axudante de Papá Noel”. Na biblioteca de Ordes, ás 18:30 h. Para nenos/as entre os 4 e os 8 anos.

30 DECEMBRO Tarde de monicreques. “O roubo da saca de agasallos”. No auditorio da Casa da Cultura de Ordes, ás 18:30 h. Para público familiar.

26 DECEMBRO Festival de Nadal da Banda de Música de Ordes. No auditorio da Casa da Cultura de Ordes, ás 19:30 h.

4 XANEIRO Gran Festa de Nadal con inchables e xogos. No pavillón Campomaior, de 16:30 a 19:30 h. Público familiar

5 XANEIRO - CABALGATA DE REIS Saída ás 16:30 h. do Museo do Traxe e percorrerá as rúas: Campo da Feira, Canteira, Alfonso Senra, Lagartos e Paraíso ata chegar ao Pavillón Castelao 1. Ao longo de todo o percorrido repartiranse caramelos aptos para diabéticos/as e celíacos/as.

Mensaxe de Nadal Nestas festas de Nadal e Aninovo, queremos trasladar os nosos mellores desexos a todas as veciñas e veciños, e tamén a cantos dun ou doutro xeito teñen relación con Ordes. Lembramos con especial afecto aos que non poden pasar as festas nos seus lugares de orixe, e trasladamos unha mensaxe de ánimo aos que, pola razón que sexa, viven estas datas escasos de ilusión. Que o espírito do Nadal alumee en todos os fogares, e que o ano 2016 reborde saúde e prosperidade para todos e todas, José Luis Martínez Sanjurjo, alcalde de Ordes


Crónicas - Decembro 2015

12

Actualidade ORDES En recordo e homenaxe ao concelleiro do BNG falecido a finais do pasado mes de outubro

O paseo fluvial xa se chama Ramiro Recouso Liste

O alcalde (dta.) e os concelleiros do BNG, tras o descubrimento da placa

O monólito foi vítima do vandalismo días despois de ser inaugurado e xa se limpou

Unha placa conmemorativa situada sobre un monólito fixo efectiva a denominación do paseo fluvial de Ordes como Paseo de Ramiro Recouso Liste, como xesto de recordo e de homenaxe ao concelleiro do BNG falecido a finais de outubro, un dos principais protagonistas da política local durante os últimos vinte anos. Ao acto inaugural acudiron nume-

día no que Recouso tería cumprido 48 anos, todos os grupos políticos respaldaron a decisión. O alcalde ordense, José Luis Martínez Sanjurjo, asegurou que o xesto de darlle o nome ao paseo serve para que “a memoria dun veciño tan importante como Ramiro Recouso Liste estea sempre presente e poderemos lembrarnos del”. Pablo Vidal, conce-

rosos veciños e veciñas, compañeiros de formación política de Recouso, integrantes da corporación municipal encabezados polo alcalde, e familiares. A denominación de Ramiro Recouso para unha rúa ou outro espazo público foi unha petición social formulada a través de diferentes círculos, segundo o Concello. Nunha sesión extraordinaria o 4 de novembro,

lleiro do BNG en Ordes, tomou a palabra para agradecer “a presenza de tantas persoas” o apoio recibido por Recouso nos últimos tempos. O monólito e varios elementos do paseo foron obxecto dunha pintada vandálica uns días despois, e limpada en poucas horas. O Concello e o BNG condenaron uns feitos que non identifican o conxunto da sociedade.

ORDES Uns trinta veciños e veciñas asistiron a unha xuntanza informativa sobre os obxectivos da entidade

Elevado interese cidadá pola asociación de amigos da canceira Paseniño, a futura asociación de amigos da canceira de Ordes vai dando pasos para constituírse formalmente. Xa celebrou unha xuntanza informativa para dar conta dos seus obxectivos. Asistiron arredor de trinta persoas, segundo o Concello, que tamén expresou o seu apoio. A xuntanza foi convocada por un comité organizador. Ao peche desta edición, estaban pendentes de que a Xunta lle dea aceptación aos seus es-

tatutos para ser incluída no rexistro autonómico de asociacións. En todo caso, os trámites non farán variar a súa premisa máxima, a de acadar o máximo número posible de adopcións nas instalacións, que levan o nome de Segunda Oportunidade e está situadas no polígono de Merelle. A intención é que o colectivo contribúa a que a estadía dos animais na canceira sexa o máis breve posible, de maneira que cheguen canto antes

ao novo fogar. O mecanismo que utilizarán é a creación dunha rede de voluntariado formada por todas as persoas interesadas. Tamén traballarán na concienciación e información, sobre todo cos estudantes, co propósito de que saiban das responsabilidades de ter un can e evitar abandonos. O comité organizador da futura asociación traballa tamén na financiación. Están preparando campañas

Flores ABELLÁ Coronas Centros - Ramos - Arreglos Plantas Teléfonos: Ordes: 981 680 301 Abellá: 981 699 731 Móvil: 659 843 518

C/ Ramón Ferreiro nº 2 - ORDES Telf: 981 681 394

para obter ingresos e propostas de colaboración que sirvan para contribuír ao sufragamento dos gastos que se xeren coa actividade. En breve, tamén contarán cunha páxina web. Xa dispoñen dun espazo na rede social facebook (www.facebook.com/segundaoportunidade.ordes) e o enderezo electrónico segundaoportunidade@gmail.com para quen desexe formar parte ou recibir máis información


Crónicas - Decembro 2015

13

Actualidade TRAZO - ENTREVISTA Martín Rei Leis, portavoz municipal do BNG de Trazo

“Dafonte fai que Trazo quede cada vez máis atrás” - Con Martín Rei, o BNG volveu á corporación municipal de Trazo nas últimas eleccións municipais. Que é o que máis destacaría destes primeiros meses? - O que máis destacaría é poder ter voz dentro do Concello e demostrar que hai alternativas e outra maneira de facer política, aportando ideas novas e buscando facer máis partícipes aos veciños e veciñas, facilitándolles o acceso á información de todo o que facemos e subindo os vídeos dos plenos na nosa páxina de facebook. Penso que o máis positivo é que a pesar de que partimos de cero cada día aportamos un pouco máis a Trazo. - Como valora a xestión que está realizando o goberno de José Dafonte? - Pésima. A xestión de Dafonte ten como único obxectivo seguir no poder facendo invisible a oposición en vez de buscar gañar por facer mellor as cousas, isto provoca que Trazo siga quedando cada vez máis atrás e cada día marche máis xente, a pesar da proximidade a Compostela. - Con frecuencia dise que non se outorga un trato igualitario a todos os veciños e veciñas en Trazo. Comprobou se é así? - Si, en Trazo todo funciona por enchufes e amiguismos e pola contra se non tes as súas ideas quedas marcado. Todo está centralizado no alcalde e no seu criterio. - Poden acceder a toda a documentación que precisan para realizar o seu labor de oposición? Hai transparencia en Trazo? - Non, pasan meses desde que se realizan as Xuntas de Goberno Local ata que nos facilitan as actas e recentemente o Alcalde levou un tirón de orellas tras a denuncia do PSOE por poñerlles trabas para acceder á información. - Cre que existe cohesión no goberno municipal, ou obsérvanse intereses persoais que prevalecen sobre os públicos e xerais?

Rei sinala a presentación de alternativas e proxectos máis a busca da transparencia como principais achegas do BNG en Trazo

- Cohesión moita, coherencia ningunha. O que observamos é un interese por manter todo estancado e ‘vivir do conto’ en vez de traballar por mellorar Trazo, por iso tamén vemos como buscan toda maneira de afastar a política da veciñanza, escudándose na desinformación. - Cales foron as principais iniciativas presentadas polo BNG nestes meses? Que resultado obtiveron? - A pesar de que só tivemos un pleno ordinario no que presentar mocións, propostas e preguntas fixemos 12 mocións (fronte a 1 do PSOE e ningunha do PP) e varias propostas e preguntas que aínda seguimos á esperar unha resposta. Propuxemos entre outras a creación dun Centro de Día, restablecemento do Noitebús, melloras na sinalización e na seguridade viaria e

un espazo para a participación dos veciños e das veciñas nos plenos (ademais de pedir a súa gravación e un horario máis axeitado). O resultado foi que o goberno do PP demostrou que a súa política é exclusivamente votar en contra do que diga o BNG, incluso a propostas que levaban no seu propio programa electoral. Recentemente tamén lles fixemos unha proposta de reunión pública dos 3 partidos coa veciñanza para escoitar e facer propostas para o P.O.S. e o P.A.S. da que non obtivemos ningunha resposta. - Cal é a necesidade primordial do Concello de Trazo nestes momentos? - Hai tantas necesidades esenciais que non saberíamos dicir cal, necesitamos un Centro de Día para os máis de 1.000 maiores que temos, aprobar un PXOM que permita a xente de Trazo fa-

cer aquí as súas casas, e servizos como transporte, conexión de banda ancha, fomento do emprego especialmente entre a xente nova e programas culturais que saquen a Trazo da prehistoria. - Como son as relacións co PSOE, a outra formación política da oposición? - Nas primeiras semanas houbo un achegamento mais agora son nulas. Faláronnos de poñernos en común para facerlle unha oposición sólida a Dafonte, pero á hora da verdade atopámonos un PSOE que semella terlle medo ao PP e só sabe facerlle fronte se hai un avogado polo medio. No último pleno ordinario deixárono ver moi ben opoñéndose á maior parte das nosas propostas e mostrando uns posicionamentos máis parellos aos do PP que ao dun partido de esquerda.


Crónicas - Decembro 2015

14

Economía LEITE A suba para o consumidor non chega ao produtor, ante a pasividade política

Os Gandeiros volven mobilizarse tras o gran fracaso do acordo lácteo Indignación e agonía. É o ambiente que impera entre os Gandeiros da comarca logo de comprobar o fracaso sen paliativos dos acordos, asinados pola industria e a distribución pero só por un sindicato, Xóvenes Agricultores. Os produtores cren que aquel texto serviu só para poñerlle fin ás tractoradas de agosto e setembro pasados, á vista de que a única suba efectiva e relevante nos prezos do leite é a que se produciu para os consumidores, uns cinco céntimos por litro que en ningún caso chegaron, nin sequera en parte, ao peto dos produtores. Os propios datos do Ministerio de Agricultura seguen confirmando que o cobro medio polo leite en Galicia continúa por debaixo dos custos de produción. Se estes se estiman nuns 34 céntimos por litro, o promedio galego non chegou aos 29 céntimos en outubro, a última cifra dispoñible. E tamén Galicia segue por debaixo da media española, cun diferencial negativo que supera os dous céntimos. Así as cousas, os produtores volveron ás protestas. Primeiro, cunha campaña informativa polas principais cidades para facerlles ver aos consumidores que o encarecemento para eles nos últimos meses só engorda as contas das distribuidoras. As accións leváronse a cabo ante establecementos de Carrefour, Alcampo, Dia, Eroski, Lidl e El Corte Inglés, aos que responsabilizan dos principais incumprimentos.

s o t s e upu omiso s e r P mpr o sin c

PREZOS DO LEITE

OUTUBRO / SETEMBRO (euros/litro) 0,287 Galicia 0,344 Andalucía 0,314 Aragón 0,325 Asturias 0,334 Baleares 0,452 Canarias 0,302 Cantabria Castela-A Mancha 0,320 0,315 Castela e León 0,320 Cataluña 0,326 Extremadura 0,320 Madrid 0,310 Murcia 0,325 Navarra 0,344 Euskadi 0,326 A Rioxa 0,322 Valencia

0,283 0,341 0,303 0,323 0,329 0,449 0,293 0,313 0,309 0,312 0,322 0,316 0,308 0,314 0,340 0,325 0,323

0,309

0,304

ESPAÑA

ÚLTIMOS OUTUBROS Concentración de tractores na zona de Catro Camiños, na cidade da Coruña

2012 2013 2014 2015

MEDIA ESPAÑOLA 0,322 0,382 0,341 0,309

PRODUCIÓN

Galicia setembro España setembro

183.080 tn 557.734 tn

Fonte: FEGA (30-11-2015)

Protesta e reparto de información no centro comercial As Cancelas, en Santiago

Despois, volveron as tractoradas. A primeira, na Coruña desde este xoves 10 rodeando e bloqueando Carrefour. Non descartan rodear a sede da Xunta en Santiago e a Delegación

s una a e stas des Les ices Fie Fel

do Goberno na Coruña. Os sindicatos agrarios criticaron a pasividade das administracións ante os incumprimentos do acordo lácteo. A conselleira do Medio Rural,

Revisiones gratuitas

Salud Bucal

Clínica Dental • Odontología General • Extracciones molares y Estética del juicio • Ortodoncia • Colocación de implantes • Prótesis sobre implantes • Apicectomías Eduardo Pondal, 11 Bajo. ORDES

981 680 320 - 620 822 531

LUNS A VENRES: 10:00 a 13:30 h. / 16:30 a 20:30 h. SÁBADOS: 10:00 A 14:00 h. SÁBADOS DE DECEMBRO: ABERTO POLA TARDE, de 17:00 a 20:30 h.

Ánxeles Vázquez, culpa o sector de non ter unión, algo que cre necesario “para ser fortes”. Vázquez cre que non é o momento de protestas e lamenta que afecten ao comercio. En cambio, o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, afirmou que os Gandeiros “non están exentos de razón”, puxo á Xunta como “aliada” e culpou as grandes superficies.


Crónicas - Decembro 2015

15

Economía CERCEDA O pleno ofrece apoio unánime aos traballadores afectados

ORDES

Estiman en 15 millóns de euros a débeda de Sumtec, xa en liquidación

A téxtil Deus comeza a pagar unha pequena parte das nóminas que adebedaba ao persoal

A débeda da empresa Sumtec, con instalacións en Cerceda, sumarían uns 15 millóns de euros, segundo os datos que ofreceu o alcalde, José García Liñares, durante o pleno que aprobou por unanimidade un proposta de solidariedade e apoio presentada polo BNG. De acordo coa información que manexa o rexedor, a compañía xa “non ten posibilidades de reflotar”. Tras varios EREs nos últimos anos, a finais do verán entrou en concurso de acreedores, pasou a ser administrada pola xustiza e máis recentemente entrou en proceso de liquidación. Fronte a tal débeda, os activos serían a nave, valorada nuns catro millóns de euros, e a maquinaria e os terreos, que estarían entre dous e tres. “Pero habería que buscar comprador”, advertiu García Liñares, quen agarda que os traballadores poidan cobrar unha parte das ata 14 nóminas que lles adebedan e indemnizacións de recursos da empresa e do Fondo de Garantía Social

A empresa téxtil Deus fixo efectivo o pago dunha pequena parte das nóminas que lles adebedaba ás súas traballadoras. En concreto, nun primeiro paso, pagou a parte do mes de agosto que estaba pendente. Non obstante, ao peche desta edición continuaba adebedando desde setembro ata a actualidade. Este xesto serviulle á empresa para que boa parte das arredor de vinte empregadas que xa presentaran denuncia optasen por retirala. A esperanza agora é que a compañía, unha das principais do sector da confección da comarca, obteña máis liquidez e se poña ao día nos pagos. Á vez, segundo fontes consultadas por Crónicas, traballadoras que remataron contrato optaron por renovalo, ante unha situación tan desfavorable de traballar sen cobrar. Advirten tamén da chegada de empregadas estranxeiras, supostamente sometidas aínda a peores condicións laborais.

Traballadores de Sumtec, atendendo o pleno municipal de Cerceda (imaxe: RTVC)

(FOGASA). Algúns empregados xa teñen sentenzas favorables. Alberte Sánchez (BNG) lamentou estes casos de “terrorismo empresarial” aproveitando axudas públicas en xestións irresponsables que prexudican sobre todo os empregados. A empresa, dedicada a fabricar cubertas tipo sandwich, portas e ventas, chegou a superar os 100 em-

pregados. A proposta do BNG pedía solidarizarse, ofrecer asesoramento e tamén mediar coa compañía. Francisco Santos (PP) cuestionou a xestión da parte empresarial e “o empeño en pechar a compañía”, pero tamén amosou o seu desacordo coa actuación do administrador concursal, ao seu modo de ver a miúdo “sen a decencia necesaria”.

CON

A forza do noso pobo O BNG participou na construción dunha gran candidatura galega. Sen obediencia a ninguén de fóra, só ao pobo galego. Unha candidatura para garantir a representación da Galiza e para actuar exclusivamente en defensa dos intereses da nosa nación e das súas aspiracións democráticas e populares. Esa é Nós-Candidatura Galega.

mén dun futuro digno. Por iso che pedimos que confíes agora en Nós-Candidatura Galega, a forza que recolle o testemuño do longo historial do nacionalismo galego de traballo por Galiza e polo pobo traballador galego.

Nestas eleccións, Nós-Candidatura Galega representa a forza do noso pobo, da Galiza que non se resigna, da que loita, da que aspira a ser libre e próspera para que, así, todas as galegas e galegos gocemos ta-

Dende o BNG de Ordes, queremos agradecer o voso apoio nas pasadas eleccións municipais, nas que aumentamos máis dun 50% en votos, acadando así unha representación de tres edis e quedando ás portas

Pablo Vidal Ríos

Novo grupo municipal do BNG de Ordes

Paula Castenda Blanco

de acadar o cuarto, por menos de 80 votos. Debido ao pasamento do noso compañeiro Ramiro, chegou o momento de renovar o grupo municipal dando entrada ao compañeiro Gonzalo Veiras Carneiro. Ramiro Recouso Liste seguirá sendo o noso referente para continuar co labor desenvolvido na defensa da veciñanza de Ordes e do pobo galego. A asamblea local do BNG de Ordes quere tamén agradecervos o agarimo que nos destes nos últimos meses e deséxavos un Bo Nadal e ventureiro aninovo.

Gonzalo Veiras Carneiro


10

13

2

6

21

Maio

17

Xaneiro

29

24

5

1

12

8

20

Xu帽o

15

27

22

Febreiro

2

4

9

12

Xullo

20

gs Settin Songs Shuffle

Extras

sts Podca

s Photo

Videos

Music

iPod

U MEN

27

15 23 31

Marzo

2

7

Cr贸nicas 2016 14

10

E

18

Agosto

22

Abril

25

30

PIANDO NA IMOS RE U G DE E S ...


gs Settin Songs Shuffle

Extras

sts Podca

s Photo

Videos

Music

iPod

U MEN

1

9

16

23

Setembro

9

U MEN

22 30

FESTIVOS LOCAIS

16

Outubro

7

14 21

29

Novembro

CERCEDA: 9 de febreiro, martes de Entroido. 16 de maio, festa local en Cerceda. FRADES: 9 de febreiro, martes de Entroido. 29 de setembro, San Miguel. MESÍA: 9 de febreiro, martes de Entroido. 13 de xuño, Santo Antón. ORDES: 9 de febreiro, martes de Entroido. 16 de agosto, festa local de Ordes. OROSO: 9 de febreiro, martes de Entroido. 16 de setembro, Santa Eufemia. TORDOIA: 9 de febreiro, martes de Entroido. 16 de maio, San Cidre. TRAZO: 9 de febreiro, martes de Entroido. 21 de setembro, San Mateo.

1

gs Settin Songs Shuffle

Extras

sts Podca

s Photo

Videos

Music

iPod

7

14

21

29

Decembro


18

Crónicas - Decembro 2015

xente dE aquí ORDES

ORDES Festa no pavillón do Campomaior con actuacións, xantar e sorteos

Unha campaña de Cáritas e Somos Nós recolle un cuarto de tonelada de alimentos

Amigos da Música de Ordes celebra a Santa Cecilia

Unha iniciativa de Cáritas, que contou coa colaboración da agrupación musical Somos Nós, obtivo máis de 250 quilos de alimentos non perecedoiros, doados polos veciños e veciñas de Ordes. A campaña desenvolveuse na igrexa parroquial de Santa María de Ordes. A resposta social foi considerable, como adoita suceder neste tipo de accións solidarias para cubrir as necesidades máis básicas de familias carentes de recursos suficientes. O grupo local de música ‘Somos Nós’ colaborou cunha actuación na que ofreceron un repertorio de música tradicional. A actuación, que serviu de reclamo para numerosos veciños e veciñas, tivo como complemento a participación de dúas parellas e baile tradicional. Deste xeito, conformouse un espectáculo no templo da capital municipal no que se combinou música, diversión, interrelación social e sobre todo solidariedade.

A Asociación Cultural Amigos da Música de Ordes, en colaboración co Concello, celebrou a festividade de Santa Cecilia, patroa da música. O evento, que tivo lugar no pavillón do Campomaior, contou con concertos, xantares populares, verbenas, xogos e sorteos. A banda de Ordes iniciou o primeiro concerto con pezas como ‘Rapsodia Galega’ ou ‘A Misión’, entre outras. Os seus responsables tiveron palabras de agradecemento e colleitaron aplausos, xusto antes do xantar popular dentro das propias instalacións deportivas. Á festa, a que asistiu o alcalde ordense, José Luis Martínez Sanjurjo, acompañado por varios integrantes do goberno municipal, aínda lle faltarían antes de rematar máis interpretacións da Banda de Música e unha verbena protagonizada polo grupo Alborada. Esta celebración anual pon de manifesto a elevada afección pola música existente no municipio e no conxunto da comarca ordense.

OROSO

Os ‘Martes Saudables’ pechan falando de recursos sanitarios O programa de ‘Martes Saudables’ do Concello de Oroso concluíu por este ano cunha charla sobre os recursos sanitarios existentes. Foi impartida por especialistas da Fundación Pública Escola Galega de Administración Sanitaria e contou coa asistencia dunha ducia de veciños e veciñas interesados na materia.

O ciclo de charlas, organizado polo Concello, tivo como obxectivo achegarlle información útil e práctica ao colectivo da terceira idade do municipio. Neste caso, obtiveron información sobre a quen e a onde poden acceder en Oroso ou desde Oroso ante calquera dúbida ou ante a aparición de problemas de saúde.

ORDES

O curso de habilidades sociais visita a Casa Grande de Xanceda Os usuarios e usuarias do curso de habilidades sociais do Concello de Ordes efectuaron unha visita dunha xornada á Casa Grande de Xanceda, en Mesía. Alí puideron coñecer as instalacións e o funcionamento da granxa, dedicada á produción ecolóxica de iogures, queixos e outros lácteos. Como todas as visitas, un dos as-

pectos que máis lles interesou foi o contacto cos animais da explotación. Son vacas, pero tamén patos, burros, cans, cabras, años, porcos... Despois de coidalos e darlles de comer, explicáronlles como é o proceso de elaboración dos produtos da explotación, pioneira en Galicia no ámbito ecolóxico e con múltiples recoñecementos pola súa actividade.


Crónicas - Decembro 2015

19

xENTE DE Aquí ORDES Coñeceron o funcionamento da administración e preguntaron polos parques e as instalacións deportivas

O aniversario da Constitución leva os escolares á Casa do Concello O Concello de Ordes aproveitou o trixésimo sétimo aniversario da Constitución Española para convidar aos escolares dos colexios Campomaior e Castelao, máis aos usuarios do curso de habilidades sociais do Mesón do Vento, a coñecer o funcionamento da institución. Os escolares percorreron as dependencias da casa consistorial. Foron recibidos por integrantes do grupo de goberno, encabezados polo alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, que se encargaron de guiar a visita e de resolverlles as dúbidas. A visita tamén tivo un exercicio democrático, que non foi outro que reunir os cativos no salón de plenos e darlles a palabra. Na peculiar quenda de rogos e preguntas, aos máis pequenos interesoulles o estado dos parques e das instalacións deportivas, cantos traballadores hai no Concello ou cantas horas traballa o alcalde. Cada curso foi obsequiado cun exemplar da Carta Magna.

Dous dos grupos de estudantes do colexio Campomaior, no vello salón de plenos durante o seu percorrido polo consistorio

O curso de habilidades sociais, nas escaleiras do Concello

Visita do Paxe e do Carteiro Real DÍA: 17 DE DECEMBRO, pola mañá. LUGAR: CPI Ponte Carreira. Visita do Carteiro Real e o seu paxe aos nenos e nenas de Infantil e Primaria para recoller as súas cartas para os Reis Magos.

Gran Festa de Nadal DÍA: 23 DE DECEMBRO, de 11:00 a 13:30 h. LUGAR: Edificio multiúsos de Frades. Papá Noel recollerá as cartas dos nenos/as, que terán unha actuación, mascota, xogos e moitas sorpresas. GRATUÍTA. Inscricións antes do 18/12/2015.

Visita a Xuvenlugo DÍA: 28 DE DECEMBRO, pola tarde. Prezo: 5 € empadroados (8€ resto). Atraccións, touro mecánico, karts, minigolf.... Inscricións antes do 23/12

Alumnado co colexio Castelao, durante a súa visita

Animaxicus e Isistorias de Nadal DÍA: 30 DE DECEMBRO. LUGAR: Multiúsos de Frades 16:30 h. ANIMÁXICUS. Espectáculo de maxia para todos os públicos. 17:30 h. Monólogo do humorista ISI. A ANPA do CIP Ponte Carreira colabora cunha chocolatada. Inscricións ata o 28/12/2015.

Pista de xeo e Boleira DÍA: 2 DE XANEIRO. Inscricións ata o 29/12/2015. Visita á boleira de Santa Cristina e patinaxe na pista de xeo de Marineda City (A Coruña). Prezo: 10 € empadroados e 15 € resto (inclúe xantar e entradas).

CABALGATA DE REIS LUNS 4 DE XANEIRO, de 17:00 a 20:00 h. Desfile polas rúas de Ponte Carreira ata o pavillón. Gran festa con inchables, animación, lambetadas, obradoiros, roscón de reis...Colabora: ANPA do CPI Ponte Carreira e o grupo Sarillo de Aiazo.

“Benqueridos veciños e veciñas de Frades: Aproveito a ocasión que me brinda Crónicas para trasladarvos os meus desexos de felicidade para estes días de festa e de reecontro. Tamén quero convidarte a participar nas actividades que temos programadas para este Nadal e que, aínda que están especialmente dirixidas aos máis pequenos da casa, tamén están pensadas para disfrutar en familia. Neste sentido, quero aproveitar para agradecer o traballo que realizan os traballadores municipais e, especialmente, a colaboración de asociacións e entidades sen cuxo traballo non sería posible desenvolver a gran cantidade de actividades que levamos a cabo. Roberto Rey Martínez Alcalde de Frades

A todos vós e aos fradenses que viven lonxe do noso concello: BO NADAL E VENTUREIRO 2016.


Crónicas - Decembro 2015

20

xente dE aquí OROSO

COMARCA O CIM entrega os premios do certame contra a violencia de xénero

Actuación de cabaré musical con monicreques para os máis pequenos

Porque “engaiolar non é engaiolar”

Un intre da representación

Algo máis de medio cento de persoas, sobre todo nenos e nenas, asistiron como espectadores no centro cultural de Sigüeiro, en Oroso, á actuación de cabaré musical e monicreques “Retrete Cabarete”, posto en escena pola compañía ‘O retrete de Dorian Gray’. A representación prolongouse durante uns cincuenta minutos e entretivo os espectadores cunha recompilación de varios dos números curtos que a compañía ten presentado nos seus nove anos de experiencia en manipulación máxica, de globos e manexo de monicreques.

Marta Merayo Ferreiro foi a gañadora na modalidade de facebook do concurso ‘Comparte, fai que a vexan’, convocado polo Centro de Información á Muller (CIM) da comarca de Ordes co gallo do día internacional da non violencia contra a muller. Baixo o lema ‘Engaiolar non é engaiolar’, no seu deseño aparecen dúas nenas e utiliza as diferentes acepcións da palabra para compoñer a mensaxe. Engaiolar no sentido de cautivar, atraer ou namorar, por unha parte, e engaiolar no sentido de privar de liberdade e outros dereitos, por outra. Na categoría de twitter, o primeiro premio correspondeulle a Alejandro Estévez, polo seu chío ‘A violencia de xénero non pode ser un segredo’, o que mellor repercusión tivo entre os usuarios de tal rede social dos presentados ao certame. Ao acto de entrega dos premios, unha tableta en cada unha das categorías, só puido asistir Merayo, se ben a organización fixo chegarlle o seu agasallo a Estévez. Participaron os sete alcaldes da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes, á que está adscrita o CIM. A convocatoria do concurso tiña

Acto de entrega dos premios por parte dos representantes da Mancomunidade

precisamente como finalidade abordar a importancia que teñen as redes sociais como instrumento que incide, positiva ou negativamente segundo o uso que se lles dea, na violencia contra as mulleres. A iniciativa deste certame complementouse co programa desenvolvido nos institutos da comarca. Co mesmo título que o concurso, traballou conxuntamente co alumnado e o seu contorno familiar máis próximo.

Imaxe gañadora do certame na modalidade da rede social facebook

NORSERCO S.L. desenvolve a súa actividade no campo das obras ambientais e civís de diversa índole (forestais, restauracións paisaxísticas, infraestruturas rurais, agrícolas e gandeiras, obras públicas, de urbanización, de xardinería, etc) ademais da Consultoría e Enxeñaría, contando con sobrada experiencia nestes sectores.

norserco sl

Temos unha empresa en común:

Galicia máis habitable, máis sostible. Naturalmente


Crónicas - Decembro 2015

21

xENTE DE Aquí OROSO A exposición de Victorino Verea, aberta en Sigüeiro ata o 8 de xaneiro

Homenaxe ao artista da fotografía

Familiares, amigos, veciños, autoridades políticas e xente da cultura participou na homenaxe a Victorino Verea Montero

Victorino Verea Montero foi o principal protagonista da homenaxe que lle ofreceu o Concello de Oroso na inauguración da mostra de imaxes que percorre a súa traxectoria como o primeiro fotógrafo ambulante do municipio e que permanece aberta no centro cultural de Sigüeiro ata o 8 de xaneiro. Con humor, Verea agradeceu a

asistencia ao acto, moi concorrido, e porque na traxectoria profesional “fixen moitos traballos por fóra e podo dicir que non me adebedan nada, a non ser nun sitio, pero non o vou dicir”. Aos seus 88 anos, repasou como un irmán lle trouxo a súa primeira cámara. Empezou a tirar fotos, por exemplo para os nacementos, evi-

tando que as familias tivesen que desprazarse ata Santiago. “Eu podía vivir da fotografía -explicou- aínda que aos pobres nunca lles cobrei nada”. No seu traballo destacaban as fotos para acontecementos familiares e sociais, pero tamén as destinadas a trámites administrativos. E incluso reportaxes especiais como a dunha

visita ao Rocío de Huelva. Un cento de imaxes en branco e negro e uns oitocentos negativos en cor cedeullos a principios de ano ao Arquivo Histórico de Imaxes do Concello. O seu responsable, Manuel Pazos, encargouse da recopilación deste legado, preparando a escolma que conforma a exposición e tamén o catálogo ‘Victorino Verea Montero: imaxes contra o esquecemento’. Pazos manifestou que “a obra de Victorino é arte, ademais de ter un gran valor histórico e antropolóxico”. Na mesma liña, o artista Xurxo Souto, que presentou a homenaxe, aprezou que, aínda sendo fotos funcionais, Verea “soubo ver nelas a beleza”. O alcalde, Manuel Mirás, que lle entregou ao fotógrafo unha placa conmemorativa, destacou a importancia do recoñecemento “a esta gran persoa e á súa grande obra”. O rexedor considera merecida a homenaxe por canto Verea é “o creador dun legado artístico e documental que contribúe a incrementar o coñecemento, a cultura e o respecto entre todos os membros da sociedade”. O rexedor tamén aproveitou para rememorar a etapa de Victorino Verea Montero como concelleiro na corporación municipal de Oroso, por Coalición Galega entre 1983 e 1987. Naquel período fixeran a proposta de construír un centro de saúde en Oroso.

ORDES - OROSO

Iniciativas solidarias de recollida de alimentos en Ordes e recadacións para xoguetes en Oroso Desenvólvense en Ordes e en Oroso senllas campañas solidarias propias das festas de Nadal que se aveciñan e destinadas a axudar ás familias con maiores dificultades.

En Ordes, a iniciativa ‘Un Nadal para todos’ consiste en que os veciños poden adquirir produtos envasados e bebidas non alcohólicas nos supermercados Gadis, Covirán e Eroski

para depositalos antes deste 15 de decembro en contedores nos propios establecementos e destinalos a familias con menos recursos. En Oroso, nos establecementos

comerciais contan ata o 17 con huchas para recibir diñeiro na campaña ‘En Reis, ningún neno sen agasallo’, que lideran as librarías Aula 10 e Refoxos, con apoio do Concello.

Novia y Fiesta Marga Lagares Telf: 981 69 76 60 C/ Paraíso, 67. Bajo 15680 - ORDES

981 973 162

Rúa Mundito, nº 8 bajo 15680 ORDES (A Coruña) www.zapatosalfombraroja.com Zapatos Alfombra Roja


Crónicas - Decembro 2015

22

xente dE aquí ORDES

ORDES

Charlas e teatro no Día das Persoas con Discapacidade

Rematou un novo curso de atención a persoas dependentes

Representación teatral de Andaina Pro Saúde Mental na Casa da Cultura

A concelleira de Educación, Susana García, asistiu á clausura do curso

O Concello de Ordes conmemorou o Día Internacional das Persoas con Discapacidade cunha serie de actividades encamiñadas a desestigmatizar este colectivo e favorecer o coñecemento das capacidades e habilidades que posúen. Unha das actividades destaca-

Quince persoas obtiveron un certificado profesional no curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións, que se impartiu desde xullo en Ordes. A concelleira de Educación, Susana García, acudiu á clausura das clases e animou a todos os participantes a presentar os seus datos

das foi a impartición de charlas informativas nos IES por parte de colectivos especializados. Cun carácter máis lúdico, usuarios e usuarias de Andaina Pro Saúde Mental representaron unha adaptación de ‘Romeo e Xulieta’ aberta a todos os públicos. Neste acto, leuse un manifesto conmemorativo.

nas bases de busca e promoción de emprego, así como na bolsa de emprego municipal, cun campo específico nesta área. O curso aproximouse ás 550 horas de duración, a gran maioría de formación teórica e 80 delas de prácticas en centros de día e residencias.

ORDES

ORDES

Trinta alumnos fórmanse para obter o graduado en secundaria

Ese pequeno punto de apoio para comezar a mover o mundo

A gran maioría dos que retoman os estudos son mozos e mozas

Un curso asesorou a mulleres potencialmente emprendedoras

Preto de trinta persoas asisten ao novo curso de preparación para as probas de obtención do graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), que se imparte en Ordes desde finais de novembro. A gran maioría son xente nova que retoma os seus estudos como

Con todas as prazas cubertas, rematou o curso de asesoramento, formación e apoio a mulleres potencialmente emprendedoras, con participantes de diferentes nacionalidades. A actividade formou parte da Rede de Emprendemento en Igualdade, na que colabora o Con-

maneira de intentar mellorar as súas oportunidades de acceder a un emprego no contexto dun mercado laboral fortemente deteriorado e precario. A concelleira de Educación, Susana García, deulles a benvida ás clases e animounos a facer patentes as dúbidas e suxestións.

cello de Ordes e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, posto que boa parte do contido do curso foron coñecementos de informática. O presidente deste organismo, Fernando Suárez, e a concelleira de Educación, Susana García, entregaron os diplomas na clausura.


Crónicas - Decembro 2015

23

xENTE DE Aquí

O Partido Popular de Oroso deséxalle un

Bo Nadal ORDES Exposición ‘Galicia Máxica’ no Museo do Pobo

De cando Henningsen retratou a nosa etnografía O Museo do Pobo Galego é sempre unha visita obrigada para calquera. Pero ata o 17 de xaneiro é imprescinbible para os habitantes da comarca, posto que acolle unha excepcional exposición fotográfica sobre a etnografía rexistrada en Ordes na segunda metade dos sesenta. A mostra, que leva por nome ‘Galicia Máxica. Reportaxe dun mundo desaparecido’, recolle máis de cen imaxes que o historiador e folclorista danés Gustav Henningsen tomou na súa visita ao municipio entre 1965 e 1968. O estudoso viñera a Galicia aconsellado por Julio Caro Baroja co propósito de facer un estudo sobre a bruxería. Durante uns vinte meses, efectuou o seu traballo de campo po-

las catro provincias galegas e o occidente asturiano. A súa estadía en Ordes serviulle para coñecer as diferenzas en canto a costumes e crenzas do interior e da costa. As imaxes recollen escenas de diversos rituais de meigas e curandeiros, pero tamén son unha interesante ferramenta para coñecer o día a día da sociedade de fai xa cincuenta anos, desde o traballo ata as festas, e tamén a paisaxe que imperaba naquel momento. Poden aprezarse moitos cambios e evolucións, pero tamén a pegada que aínda hoxe queda daquela sociedade, que espertou un grande interese no antropólogo danés. O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, acudiu á apertura da

Gustav Henningsen e o alcalde de Ordes, na inauguración da mostra Imaxe cedida polos compañeiros de La Voz de Galicia, da autoría de Xoán A. Soler

mostra e intercambiou impresións co propio Henningsen, ademais de convidalo a visitar Ordes de novo. A mostra, que foi patrocinada pola Deputación da Coruña, pode verse ata o 17 de xaneiro. Abre de

10:30 a 14 horas e de 16 a 19:30 horas de martes a sábado, e os domingos e os festivos de 11 a 14 horas. O Museo do Pobo Galego está emprazado en San Domingos de Bonaval, en Santiago.

Verónica Dono 2 GAFAS MONOFOCALES desde

77 €

2 GAFAS PROGRESIVAS desde

197 €

OFERTAS EN GAFAS DE MARCA Y PACKS DE LENTILLAS

* Y SORTEAMOS UN TELEVISOR ENTRE NUESTROS CLIENTES

Rúa Recreo nº 9 ORDES - Telf: 981 685 045

DISPONEMOS DE SERVICIO DE RESERVA DE JUGUETES PARA NAVIDAD

Alfonso Senra, 18 15680 - ORDES

981 680 612


24

Crónicas - Decembro 2015

xente dE aquí TORDOIA

ORDES

Obradoiro de cosmética a partir de ingredientes naturais

Clases de cociña para usuarios de Andaina Pro Saúde Mental

As clases desenvolvéronse durante tres semanas na Casa da Cultura

Asistentes ás clases, na cociña da Casa da Cultura de Ordes

O Concello de Tordoia desenvolveu un obradoiro especial sobre cosmética, no que participaron quince veciñas. As sesións do obradoiro tiveron lugar na Casa da Cultura, situada na localidade da Pontepedra, durante tres semanas.

Usuarios e usuarias da asociación Andaina Pro Saúde Mental participan en clases de cociña cada mércores pola mañá nas instalacións da Casa da Cultura de Ordes. O comezo do curso tivo un toque caribeño, aproveitando as raí-

As participantes aprenderon a elaborar produtos cosméticos como xabóns, cremas de mans ou protectores labiais utilizando ingredientes naturais. Tratouse pois dunha iniciativa de formación ecolóxica, económica e moi práctica.

ces dunha das monitoras. Así, prepararon receitas con plátano como ingrediente principal, tales como patacóns, talladas fritidas ou cabeza de gato. O curso, que forma parte da programación da entidade, conta coa colaboración do Concello.

FRADES

OROSO

As Xornadas Micolóxicas seguirán nos vindeiros anos

Un programa intenta asentar actitudes ecolóxicas nos nenos

A xornada consistiu nunha charla sobre reciclaxe e saídas para recoller lixo

Participantes nas xornadas, observando exemplares tras saír ao monte

As Xornada Micolóxicas de Frades volverán repetirse. Este ano acadaron os trinta e cinco participantes, o doble das prazas previstas nun principio, o que levou ao Concello a anunciar a continuidade desta iniciativa nos vindeiros anos. A actividade comezou cunha charla a cargo do biólogo Martín

Souto, na que amosou diferencias entre cogomelos comestibles e tóxicos. Despois, efectuouse unha saída ao monte para localizar e recoller exemplares. Un xantar-degustación con varios pratos coas setas como ingrediente estrela e unha exposición no local social da Pontecarreira completaron as xornadas.

O programa ‘Días Verdes de Oroso’ ofreceulles a uns cincuenta escolares unha charla sobre reciclaxe para conciencialos na necesidade de preservar a natureza con actitudes máis ecolóxicas e respectuosas co ambiente. Ademais da charla, os nenos e nenas efectuaron unha saída para recoller lixo polas zonas do polígono empresarial, a urbanización Porto Avieira e o camiño ao Refuxio, acompañados por profesores,

Protección Civil, a Policía Local e integrantes do goberno municipal. O propósito manifesto era que comprobasen o pouco coidado existente na sociedade co medio. Latas, botellas de plástico, diversos envases e outros residuos foron algúns dos obxectos que recolleron, nunha cantidade considerable que despois foi trasladada ao punto limpo de Sigüeiro nun camión.


Crónicas - Decembro 2015

25

xENTE DE Aquí ORDES Unha asociación veciñal trata de recuperar o vigor que no seu día tiña a tradicional feira de Ardemil

Atractivo Feirón e controversia electoral na Adina Non é que nunca antes houbese feira na Adina ou, por extensión, no Mesón do Vento. Ao contrario, é un dos mercados máis tradicionais e veteranos da provincia. Pero si é a primeira vez que a asociación Campo da Festa de San Pedro de Ardemil lanza unha iniciativa para promocionala. O Feirón da Adina, chámanlle, e estreouse o 5 de decembro. Expostos e á venda houbo produtos autóctonos, artesanía, agasallos, alimentación, antigüidades. E mesmo mostras hípicas e de cetrería que chamaron a atención do público. A cita viuse empañada pola controversia electoral. A pretensión do actual goberno local do PP de redescubrir a placa retirada hai oito anos polo executivo de UxO atopouse cunha denuncia do PSOE ante a Xunta Electoral, que impediu o acto por vulnerar a legalidade. Estaba previsto que fose un recoñecemento co ex alcalde Teodosio Martino e o ex conselleiro e actual alcalde de Abegondo, José Antonio Santiso, os dous nomes que figuran na placa.

Ademais da exposición e venda de moi diversos produtos, no Feirón houbo atraccións como mostras de cetrería

Unha denuncia do PSOE fixo que a Xunta Electoral impedise o redescubrimento da placa de Martino e Santiso, retirada por UxO

16 DE DECEMBRO

5 DE XANEIRO

VISITA DO CARTEIRO REAL E O SEU PAXE AO CPI PECALAMA. De 10:00 a 11:00 horas.

CABALGATA DE REIS. Os Reis Magos farán un percorrido polo pobo e, ás 17:00 horas, recibirán aos nenos e nenas no ximnasio do CPI Pecalama para ENTREGARLLES UN AGASALLO!!! HABERÁ OBRADOIROS!!!.

ACTUACIÓN “DUENDE SICO” De 11:00 a 12:00 horas.

O Alcalde e a corporación municipal deséxanlles:

16 DE DECEMBRO

BO NADAL E VENTUREIRO 2016

FESTA DE NADAL E CHOCOLATADA NO PAI MUNICIPAL. De 11:00 a 12:00 horas. VISITA CARTEIRO REAL E PAXE. Ás 12:00 horas.

CONCELLO DE TORDOIA


Crónicas - Decembro 2015

26

DEPORTES MESÍA

OROSO Poden participar nenos e nenas con idades entre 6 e 14 anos

Organizan dous torneos de fútbol sala con fins solidarios durante as festas de Nadal

O primeiro Dépor Campus celebrarase en Oroso entre o 28 e o 31 de decembro

O Concello de Mesía organiza dous torneos de fútbol sala solidarios durante as festas do Nadal, en concreto na fin de semana do 26 e do 27 de decembro. As inscricións de equipos rematan o día 21. O sábado celébrase o torneo infantil Mesía Solidaria durante toda a xornada no polideportivo de Olas. Recollen alimentos para Cáritas, que se distribuirán entre familias con escasos recursos, e diñeiro para a Asociación de Persoas con Discapacidade AMARAI, de Boimorto. Tanto a inscrición de cada xogador como a entrada por cada espectador é un quilo de alimentos non perecedoiros, ademais das doazóns en metálico. O domingo, no mesmo polideportivo, terá lugar a oitava edición do torneo Mesía contra o cancro, a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro (AECC). A furna para recoller doazóns permanece ata o 24 no Concello e tamén estará dispoñible na xornada do torneo no pavillón.

Entre os días 28 e 31 de decembro desenvolverase en Oroso a primeira edición do Dépor Campus, un programa de formación deportiva e persoal que organizan o Concello máis o Real Club Deportivo da Coruña e no que poden participar nenos e nenas con idades comprendidas entre os seis e os catorce anos. As clases, en horario de 10 a 14 horas, serán impartidas por técnicos do Deportivo, utilizando a mesma metodoloxía técnica que empregan coa canteira do club. As inscricións xa están abertas, poden tramitarse do complexo municipal de deportes e teñen un prezo de 70 euros para empadroados e de 90 para nenos e nenas doutros municipios. A contía inclúe o seguro de accidentes deportivos, unha equipación composta por camiseta, pantalón e medias, o almorzo, agasallos, o diploma e a asistencia a un partido do Deportivo no estadio de Riazor. Na presentación do Dépor Campus, o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, destacou a relevancia de crear

CERCEDA

Medio centenar de nenos e nenas irán ao partido do Basquet Coruña co Barcelona O Concello de Cerceda anunciou que invitará a cincuenta nenos e nenas a asistir como espectadores ao partido de baloncesto entre o Basquet Coruña e o Barcelona, que se disputará o venres 1 de abril de 2016 na cidade herculina. Polo de agora non é máis que un anuncio para ir situando na axenda, posto que as inscricións non se van poder efectuar ata o 15 de marzo. A partir dese día, todas as persoas interesadas neste espectáculo deportivo poderán achegarse á casa consistorial para inscribirse nas oficinas xerais. Será importante non agardar aos últimos días para poder participar porque as entradas vanse conceder por orde de inscrición, no caso de que as solicitudes superen as cincuenta dispoñibles. O Concello, que divulgou esta proposta a través do seu boletín de actividades para os primeiros meses do vindeiro ano, ofrece máis información a través do número de teléfono 981 68 50 01.

Acto de presentación da primeira edición do Dépor Campus en Sigüeiro

canteira deportiva como maneira de incentivar a afección. O concelleiro de Deportes, Luís Rey, destacou que o campus é tamén “unha solución ás dificultades de conciliación da vida laboral e familiar” durante as vacacións escolares. José Barcala, director de Metodoloxía e Planificación do Deportivo,

explicou que conciben a actividade como un exercicio “de educación integral”, con protagonismo para os valores e para a formación de futbolistas independentes. E Carlos Ballesta, responsable de captación de xogadores do Deportivo, amosou a “ilusión” do club con este campus e garantiu a calidade da proposta.

PÁDEL

FÚTBOL

O primeiro partido solidario do Vila de Ordes, contra o cancro

Estrean unha pista no pavillón de Abellá, na que se gastaron uns 42.000 euros

A pista pode usarse tamén de noite

Acto de entrega da recadación a beneficio da AECC de Ordes

A AD Vila de Ordes destinou a recadación do seu primeiro partido solidario á Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Ordes. En total, obtiveron 254 euros, que o capitán do conxunto, Álex Varela, entregou ao remate do encontro á vicepresidenta local da asociación, Carmen Iglesias. A recadación obtívose das entradas, dunha furna solidaria e do sorteo de agasallos, entre eles un

lote de produtos ecolóxicos e cestas de artigos culturais. O partido, por certo perdido 0-2 ante o Zona Vella, é o primeiro dunha serie de encontros que o Vila de Ordes decidiu levar a cabo en beneficio de diversas causas solidarias. No club aseguran que desde a súa creación sempre quixeron “ser algo máis que un grupo de amigos e coñecidos aos que lles encanta o fútbol”.

Xa funciona a pista de pádel instalada dentro do pavillón de Abellá (Frades), na que se gastaron 42.000 euros no marco do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia. O goberno local asegura que optou por instalar a pista a cuberto, á vista de que o pavillón non estaba sendo utilizado para deportes. A construción, con superficie de céspede artificial e paredes de metacrilato, dispón dunha instalación eléctrica para xogar tamén de noite. A solicitude de uso, gratuíto, hai que facela no Concello, chamando e recollendo as chaves de 9 a 15 horas. Devólvense no buzón do pavillón.


Crónicas - Decembro 2015

27

DEPORTES ATLETISMO Decenas de deportistas, sobre todo escolares, competiron na I Liga de Atletismo da Mancomunidade

A comarca é unha potencia atlética A crecente afección pola práctica do atletismo que se observa na comarca ordense nos últimos anos deu pé á celebración dunha Liga de Atletismo, organizada na primeira edición pola Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes coa colaboración do club Atlética A Silva e o patrocinio da Deputación da Coruña. A competición serviu para constatar o elevado nivel existente no deporte da bisbarra e a existencia dunha canteira potencial que, ben administrada e apoiada, poderá deparar grandes satisfaccións nos vindeiros anos. A liga, con participación de veciños e veciñas dos sete concellos da comarca, desenvolveuse en tres xornadas. Na primeira, con máis de douscentos participantes, disputáronse as probas de velocidade e lanzamento. Os saltos, lanzamentos e carreiras de obstáculos programáronse na segunda xornada, mentres que a terceira reservouse para as duras probas de cross de resistencia. Os gañadores de todas as probas pódense consultar no blog do Club Atlética A Silva (http://atleticasilva. blogspot.com.es/), que efectuou un destacable esforzo de actualización e información cos resultados das diversas especialidades e categorías, sumado ao traballo de soporte organizativo que desenvolveu a pé de pista, nas instalacións deportivas de Vista Alegre, en Ordes. A Mancomunidade difundiu tamén un medalleiro por Concellos, no que o de Ordes acada a primeira

Un dos últimos actos de entrega de medallas, trofeos e distincións na derradeira xornada da Liga de Atletismo

praza con 112 medallas (41 de ouro, 40 de prata e 31 de bronce). Trazo foi o municipio que se clasificou en segunda posición con 31 metais (14 ouros 11 pratas e 6 bronces). O terceiro posto correspondeulle a Cerceda, concello no que, como en Ordes e en Trazo, existe a que é probablemente a máis reseñable tradición de atletismo da zona. Fíxose cun total de 30 medallas (13 ouros, 8 pratas e 9 bron-

ESCUELA DE MASAJE IRIS

CURSO DE MANICURA, PEDICURA Y SEMIPERMANENTE

CURSO DE UÑAS DE DISEÑO Y UÑAS DE PORCELANA SPA

Curso de nivel básico para personas que quieran ampliar sus conocimientos o introducir nuevos tratamientos en sus centros.

Curso orientado a personas con conocimientos de manicura en un nivel avanzado.

EN CERCEDA. Telf. 651 421 118

ces). En cuarta posición quedou Frades, que acadou 20 medallas (10 ouros, 7 pratas e 3 bronces). Mesía obtivo 8 medallas (4 ouros, 2 pratas e 2 bronces). Tordoia rexistrou 20, pero non supera a Mesía nesta clasificación por ter menos ouros (3 ouros, 9 pratas e 8 bronces). E Oroso acadou 5 medallas: unha prata e catro bronces. Desde a Mancomunidade xa

anunciaron que intentarán que esta competición teña continuidade nos vindeiros anos, á vista da elevada asistencia de participantes e tamén de público. A entrega final de trofeos e galardóns levárona a cabo o presidente da entidade supramunicipal, Roberto Rey, máis o alcalde de Trazo, José Dafonte, e o seu edil de Deportes, Manuel Pereiro. Imaxes na páxina seguinte

Nueva gerencia

Lugar de Orro, 100 CULLEREDO

680 509 760


28

Cr贸nicas - Decembro 2015

DEPORTES

A 1陋 liga comarcal de atletismo, en imaxes


Cr贸nicas - Decembro 2015

29

PUBLICIDADE


30

Crónicas - Decembro 2015

DEPORTES PATINAXE ARTÍSTICA

O día 19, trofeo en Ordes con máis de 200 patinadores Para este 19 de decembro está programada a celebración do Trofeo Concello de Ordes de Patinaxe Artística, no que se agarda a participación de máis de douscentos patinadores de toda Galicia, segundo confirmou o Concello de Ordes. Gran parte do protagonismo desta multitudinaria cita recaerá nos compoñentes do Club Galia de Ordes, que hai uns días acudiu á cidade

de Vigo a participar na Gala Unicef de patinaxe artística. O Club Galia trasladou tamén vinte e dous dos seus deportistas á derradeira proba do calendario oficial da tempada de patinaxe artística, a do campionato que se disputou na Pobra do Caramiñal. Os resultados foron moi positivos e serviron para demostrar o excelente nivel do club ordense.

Patinadoras do Club Galia de Ordes, en varios dos seus eventos recentes

TAEKWONDO

TAEKWONDO

Ainhoa Ramos Manteiga gaña o campionato de España de clubs

Rodrigo Varela logra a medalla de ouro en categoría -57 cadete

Ramos Manteiga, no máis alto do podio da competición en Benicassim

A ordense Ainhoa Ramos Manteiga encabezou o podio do Campionato de España de Clubs 2015 de taekwondo, na categoria júnior 68, celebrado en Benicassim. Unha medalla de ouro máis

que suma nunha gran tempada na que Ramos se proclamou campioa nacional na categoría júnior e que a confirman como unha das referencias do taekwondo tanto a nivel galego como español.

O deportista ordense Rodrigo Varelalogrou a medalla de ouro en categoría -57 cadete do circuíto profesional de taekwondo. O competidor foi convocado pola selección galega para participar na competición, que se disputou na localidade pontevedresa de Marín.


Crónicas - Decembro 2015

31

OPINIÓN

Os paxariños da Alameda Non será por non telo avisado. As nosas aves e demais observadores levan meses e meses piando polas falcatruadas dos guionistas e os apuntadores. As advertencias eran serias. Pero vese que non fixeron ningún caso e pasou o que pasou: que o guionista oficioso -el escribiría hofizioso- acabou facendo as veces dos guionistas apartillados. Ou foi ao revés? Esqueceron que os intercambios de guions están mal vistos, aínda con actores polivalentes. Quen deu a orde de saltar ao escenario? Quen foi? Que cante a ave! E por que houbo que saltar de madrugada? Non se deron conta de que chamarían máis a atención, que o xesto xa era anormal de por si sen facelo ademais ás tantas? E a pregunta principal é por que un guionista catalogado de segunda, reciclado de anteriores culebróns, ten que preparar a adaptación do que se supón que é unha obra mestra destinada a triunfar.

Sección de chíos, murmuracións e faladorías pilladas polo aire, unhas máis certas que outras

Descartada queda unha neglixencia do neglixente. Esta vez non. E a partir de aí, ata o cormorán di que nos demais niños nin se enteraron. Ou peor, enteráronse e nin atinaron a calibrar o alcance da porquería. Uns están aínda recuperando a compostura no fisioterapeuta, outros asumindo os golpes da vida, e quen fai ruído cunha única noz é dos que quedanmirando o dedo sen atinar a ver a lúa. E así...

Outro territorio. A pomba xa lle declarou a guerra ao vello gaivoto porque nega a auga da súa fonte e aínda por riba faino de moi malos modos. Así que xa están todas as mensaxeiras preparando os picos para facelo espabilar. Se hai que desplumalo, desplumado quedará. Utilizarán todo tipo de artillería para debilitalo, ata que pida clemencia, misericordia e indulxencia. E aínda por riba hai que ver como ten o niño!

Sería moi feo que se repita algo así, polos riscos e os escasos rendementos. Nin percorrendo prados nin orando a santos, os gaivotos saben, ou deberían sabelo, que non deben expoñerse a máis faltas tan improductivas. Esta vez non tivo consecuencias, pero os disgustos poden ser grandes. Basta imaxinar que as pitas de monte se desen conta ou que a luz resplandecese por unha vez sobre a roseira para darse conta de que é mellor botarse ás improvisacións que forzar os guionistas.

Máis intelixencia amosa o gaivoto froiteiro. Impasible ante as aguilloadas e xeneroso co mundo, xa hai tempo que voa máis alto que ninguén e distingue as pólas que terman das que están podres. Renxen diferente. A pega do couto da ribeira preguntoulle ao estorniño se é certa a retirada do morcego. Xa ela outea o horizonte e ve que seguen os movementos nocturnos. E por iso pre-

gunta se unicamente se pintou a cova e segue o mesmo morador ou o cambio, presunto, vai en serio. O estorniño cala e ri, xa está de volta da retórica da pega. Falando da cova, sabido é que non agroman nin rosas nin espiñas. E aínda así houbo advertencias internas polo último ataque aos gaivotos. Advertían de que hai papeliños boomerang e que había que ter coidado para non acabar pintados en tinta verde, parecida pero non a mesma que a dos tontos do paseo. O impactante das advertencias é que desvelan que, despois de varrer e varrer o niño, tirando case todo, desfacéndose da borralla e tamén do ouro, siga habendo vida interna. Quizais, volvendo atrás, sexa o que tamén quere comprobar a pega. Quen sabe se quere voar de novo e está estudando o terreo? Quen sabe se o único que busca e poñer nervioso, aínda máis, o inquilino? O inquilino ausente, para ser exactos. En fin, un prodixioso reparto de miserias.

O TAQUÍGRAFO DISLÉXICO

Ti vai facendo... leis do solo Alguén debería facer a proba e chamar á Xunta, ao departamento que corresponda (“está o experto? que se poña!”), para preguntar cantas leis do solo leva Galicia nos últimos quince anos. Ou no que vai de milenio, se se prefire suavizar a cuestión. O máis probable é que necesiten un tempo para dar a resposta exacta porque perdeuse a conta. E non é de estrañar. Cada cambio de goberno (de distinta cor política ou non), cada relevo de conselleiro e se me apuran cada novo director xeral foron sempre ocasións para mudar o campo de xogo do urbanismo. Pasar por eses despachos sen tocar a lei, a fondo ou unha simple reformiña, é ser un ninguén. Semella invencible a tentación de que o nome de un pase a formar parte de tan atrabiliaria historia. As consecuencias á vista están, non só polas idas e voltas da lei, senón máis ben pola escasa vontade de facela cumprir. O clásico, pernicioso e nada inxenuo ‘ti vai facendo’, que non damos desterrado, ocasiona un urbanismo caótico que malamente dá res-

posta aos intereses particulares dos que emana e que é un foco de constantes problemas para o conxunto da sociedade. Unha desgracia. Vén todo isto a conto da situación que viven estas semanas dous Concellos da nosa comarca. Á carreira, Frades e Ordes intentan sacar adiante cadanseu Plan Xeral de Ordenación Municipal antes de que, presumiblemente durante este inverno, entre en vigor unha enésima lei do solo. Se o pleno non valida o plan antes de xeito provisional, terían que adaptarse á nova lei e perderían bastante tempo, senón boa parte do traballo feito ata agora. Claro que tamén se pode pensar que o propio cambio de lei apura unhas tramitacións que estaban aletargadas. No caso de Frades, pódese culpar á administración autonómica pola súa tardanza en emitir os informes pertinentes. Si. Pero tamén queda a dúbida, moi razoable, sobre a vontade municipal de acadar un plan lóxico e rápido, en especial na etapa do anterior rexedor, posto que se fai evidente o miserable xogo do coador. Aquilo de probar

unha e outra vez ata que punto se podía distorsionar a lei para impoñer un modelo fóra de lugar, impropio das características do municipio, mesmo con manobras de despacho que co tempo se demostraron estériles, con gobernos ‘amigos’ resolvendo en contra. Quizais se non fose por aqueles xogos, o goberno actual, arraigado no anterior pero de tono renovador, non estaría agora co cronómetro na man. En Ordes nin sequera se xogou co coador, fíxose urbanismo sen filtro. Os protagonistas non o farán nunca, pero alguén debería explicar algún día por que non se fixo nada, porque na práctica é así, para que unha capital de comarca conte cun documento que planifique e ordene o seu desenvolvemento urbanístico. Cabería empezar por preguntarse aquilo do ‘cui prodest’, a quen beneficiou. Quizais sería moi revelador, aínda que non sirva para determinar culpables. O inocente, e prexudicado, claro está, é o pobo. Quédalle, pois, ao goberno ordense intentar polo menos aproveitar esta oportunidade. Non ten nada que per-

der, saia como saia. Ao contrario que a oposición, que está na endemoniada tesitura de facilitar o trámite de aprobación e darlle un tanto ao executivo, ou bloquealo e cargar coa culpa. Nas vindeiras horas veremos. Peor é aínda o ritmo noutros Concellos, onde nin vontade se percibe de sacar adiante un PXOM. Para que dar nomes? Mellor citar os exemplos positivos, que na comarca son os de Mesía e Oroso. Só eles dous foron quen de ter os seus plans nun prazo sensato, incluso moi rápido, e sen enredos. Serán máis ou menos acertados, terán ou non limitacións e pecados, pero o certo é que teñen ben definidas, e plenamente sostidas na legalidade, as pautas polas que poden discorrer, e tamén aqueloutras por onde non van ir. Fixeron o esforzo e asumiron os riscos con valentía e pedagoxía, quizais sen moita recompensa. Porque un PXOM de por si non fai futuro pero axuda a facelo. E sempre será menos esvaradío que o ‘ti vai facendo’. A non ser que veña outro cambio de lei un día destes e o admita. Entón non sería lei.


Crónicas

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L. Peche de edición: 11-12-2015. Depósito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com

CRÓNICAS ofrece a axenda máis completa dos eventos previstos para as vindeiras semanas na contorna

A folla de ruta para seguir o Nadal na comarca CERCEDA.- 17 de decembro: Visita de Papá Noel ás escolas do municipio, ao centro de día e fogar residencial e ao centro social da terceira idade. 19 e 20 de decembro: Gala ‘O son das aulas’ no auditorio municipal (18 horas). 19 de decembro: Nadal no centro social da terceira idade, con degustación de produtos navideños. 5 de xaneiro: Cabalgata dos Reis Magos, con saída ás 17:30 horas do Campo da Feira de Cerceda e percorrido ata o centro cívico, onde terá lugar a recepción. FRADES.- 17 de decembro: visita dos paxes reais ao colexio. 23 de decembro: festa infantil no multiúsos. 28 de decembro: saída lúdica a Xuvenlugo. 30 de decembro: espectáculo de maxia no multiúsos. 2 de xaneiro: saída lúdica á Coruña. 4 de xaneiro: cabalgata dos Reis Magos, pola tarde na Pontecarreira. MESÍA.- 18 de decembro: Fin das xornadas de cociña de Nadal. Actuación da compañía de teatro ‘Os Quinquilláns’ no CPI de Xanceda e visita os paxes reais ás escolas de Olas, Visantoña e Xanceda. 19 de decembro: Xuntanza de Nadal. 21

e 28 de decembro, e 5 de xaneiro: Cachibol de Nadal (11 a 12:30 horas) no pavillón de Olas. 22 de decembro: Excursión de patinaxe sobre xeo e cine na Coruña. 23 de decembro: ‘Cantos contos no Nadal’, actuación de Pablo Díaz na Casa da Cultura (12 horas) para cativos de ata 5 anos. 26 de decembro: Torneo Infantil Mesía Solidaria no pavillón de Olas. 27 de decembro: VIII Torneo Mesía contra o cancro, no pavillón de Olas. 29 de decembro: Saída a Xuvenlugo. 5 de xaneiro: Festa de Reis no polideportivo de Visantoña (16:30 a 20 horas). ORDES.- 18 de decembro: Visita dos paxes reais á gardería municipal e á escola de Merelle. 19 de decembro: Concerto de Nadal da Escola de Música. Na Casa da Cultura (12:30 horas). 23 de decembro: Tarde de contos e lendas para cativos de 4 a 8 anos. Na Biblioteca (18:30 horas). 26 de decembro: Festival de Nadal da Banda de Música. Na Casa da Cultura (19:30 horas). 28 de decembro: Actuación de maxia na Casa da Cultura (18:30 horas). 29 de decembro: Obradoiros infantís

de madalenas navideñas na Praza de Abastos. Tres sesións de 16:30 a 19:30 horas, por tramos de idade. 30 de decembro: Tarde de monicreques na Casa da Cultura (18:30 horas). 4 de xaneiro: Festa de Nadal no pavillón Campomaior (16:30 a 19:30 horas). 5 de xaneiro: Cabalgata de Reis. Sae ás 16:30 horas do Museo do Traxe. OROSO.- 18 de decembro: Festival do Colexio Rural Agrupado (CRA) pola mañá no centro cultural. Durante a mañá, visita dos paxes reais á gardería municipal da Ulloa, ás garderías Trastes e A Galiña Azul, ao alumnado do CRA e á residencia de Porto Avieira. Sesión de animación á lectura no centro cultural (18:00 horas). Presentación dun conto infantil de Estela Suárez no centro cultural (20 horas). 21 de decembro: Saída lúdica a unha bolera. 22 de decembro: Obradoiro de agasallos de Nadal para nenos de 5 a 12 anos no centro cultural (11 horas). 23 de decembro: Actuación do mago Martín Camiña no centro cultural (18 horas). 26 de decembro: baile de nadal para maiores no centro cultural (19:30 horas). 28 de decembro: Festival de

Mecá

nica Neume átic a

Nadal da Aula de Música no centro cultural (19 horas). 29 de decembro: Obradoiro de cantares de Reis no centro cultural (17 a 20 horas). 30 de decembro: Concerto de panxoliñas no centro cultural (20:30 horas). 4 de xaneiro: Obradoiro de carbón de Reis no centro cultural (17 horas). 5 de xaneiro: Cabalgata de Reis desde a Estación de Vilacide (17:30 horas) ata o pavillón de Sigüeiro (19 horas). TORDOIA.- 16 de decembro: Visita do carteiro real e actuación de Duende Sico no CPI Pecalama (de 10 a 12 horas). Festa de Nadal e chocolatada, máis visita do carteiro real e o paxe ao PAI (desde as 11 horas). 5 de xaneiro: Os Reis Magos percorrerán a poboación e a partir das 17 horas recibirán os nenos e nenas no ximnasio do CPI Pecalama para entregar os primeiros agasallos. TRAZO.- 28 de decembro: Obradoiros infantís no centro polivalente (17-20 horas). 29 de decembro: Festa de Nadal no polivalente (17-20h). 30 de decembro: Maxia no polivalente (17 horas). 5 de xaneiro: Cabalgata de Reis en Viaño Pequeno (17 horas).

Taller multimarca • Amortiguadores • Mecánica en xeral e neumáticos • Revisións I.T.V. • Cambios de aceite • Embragues • Distribucións • Frenos • Presupostos sen compromiso • Diagnoses multimarca • Aliñado de dirección • Aire acondicionado

Fonte Estrei 28-30 Baixo, 3 15680 Ordes (A Coruña) talleresdepradoegranado@gmail.com / Telf: 981 68 85 73 / Móbil: 671 79 57 61 / Permanente: 696 42 27 94


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.