Crónicas
eSPeciAl VOdAS
Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 25 - Xaneiro de 2016
Páxs. 15 a 17
Só cerceda e Mesía superan o PiB per cápita medio de Galicia Dos sete municipios da comarca ordense, só os de Cerceda e Mesía superan a media galega en canto a Pro-
duto Interior Bruto (PIB) per cápita. Este parámetro, que non se pode asimilar coa renda dispoñible por habi-
tante, mide o valor dos bens e servizos xerados na actividade económica dun territorio. Cerceda, con máis de
59.000 euros de PIB por habitante, triplica a media galega grazas sobre todo ao seu Páx. 14 tecido industrial.
Aquí choveu o que choveu
cOMARcA
decididos os proxectos para os plans provinciais Páx. 2
OROSO
O imposto sobre o aumento de valor urbano, á metade Páx. 9
ecONOMíA
A suba do leite no súper segue sen chegar ao Gandeiro Páx. 18
dePORteS
Preséntase en Oroso o novo club Anova Racing team Páx. 25
un temporal curto e intenso deixa múltiples danos na comarca
eNtReViStA
Páx. 14
cOMARcA
A actualización do padrón di que somos 374 menos
ORdeS
Os grupos negocian cambios no Plan Xeral para aprobalo
Páx. 10
Teléfono/Fax: 981 680 917 E-mail: barreiro@hotelbarreiro.com Ctra. Coruña-Santiago, Km. 30 www.hotelbarreiro.com 15689 LEIRA - ORDES (A Coruña)
Páx. 5
Rafael Regos, un experto campión de cetrería en Ordes Páx. 32
Crónicas - Xaneiro 2016
2
Actualidade O plan provincial de conservación reserva máis de 1,3 millóns para vías da comarca O Plan de Conservación de Estradas da Deputación da Coruña investirá case 1.345.000 euros en viais de interese para a comarca. O investimento na zona atópase distribuido en tres grupos dos 36 que compoñen o programa, aprobado polo pleno da corporación provincial nos derradeiros días de 2015. Un dos grupos recolle estradas de titularidade provincial nos municipios de Boimorto, Frades, Mesía, Ordes, Oroso e Vilasantar. O seu importe é de case 444.000 euros. Outro está dotado con algo máis de 450.000 euros e agrupo viais dos municipios de Cerceda, A Laracha e Carballo. E un terceiro engloba Ordes, Santiago, Tordoia, Trazo e Val do Dubra, cun investimento previsto próximo aos 451.000 euros. Esta é a primeira fase do plan de conservación para 2016, que no conxunto da provincia aproxímase aos 11,3 millóns de euros. O programa contempla a execución de distintos traballos de de mellora do firme, rebacheo e desbroce e limpeza de cunetas nos 2.119 quilómetros de estradas cos que conta a rede viaria provincial. A aprobación desta primeira fase efectuouse de maneira anticipada con respecto ao que viña sendo habitual na Deputación. O goberno provincial, encabezado polo socialista Valentín González Formoso, asegura que é a primeira vez que se aproba antes de que comece o ano en que entra en vigor o plan. Co tempo gañado, cren que poderán “axilizar a contratación e a execución das obras incluídas e realizalas durante a época de bo tempo, de xeito que a maior parte estean rematadas antes da época estival”, segundo asegura a Deputación. Por outra parte, o pleno provincial tamén aprobou a senda peonil de case un quilómetro de lonxitude en Vista Alegre (Galegos, Frades).
COMARCA Os plenos deciden os plans de obras e servizos e de acción social
Así gastarán os Concellos da comarca o maná da Deputación Os plenos dos Concellos da comarca decidiron nas últimas semanas en que utilizarán o diñeiro que lles corresponde en dous dos principais plans anuais da Deputación da Coruña: o Plan de Acción Social (PAS) de 2015 e o Plan de Obras e Servizos (POS) de 2016. Os proxectos relativos ás infraestruturas viarias e a edificios de uso público son, como é habitual, as prioridades establecidas polas distintas corporacións. Estas son as iniciativas que prevén financiar, á espera de que sexan ratificadas no pleno provincial. CERCEDA.- Aprobados por unanimidade. O POS investirá un total de 254.000 euros nos camiños de Pedregal a Sabugueiro e da estrada do lago a Pao do Lobo, na estrada da Silva a Vilarbello, un camiño en Morzós, e na mellora da capa de rodaxe do camiño Pao do Lobo a Lagoa, entre outros. O PAS dispón de 346.000 euros, para a senda peonil desde a estrada provincial ata Recegulfe, para a pavimentación do acceso Centro Tecnolóxico, as beirarrúas na provincial 2406 en Queixas, o camiño dos Arrieiros ata a estrada da Laracha polo polideportivo, e os accesos ao Telleiro. FRADES.- Aprobados cos votos do goberno e a abstención do BNG. O POS investirá 157.000 euros en pistas, camiños e accesos de diversas parroquias. E o PAS conta con 265.000 euros para acondicionar os accesos ás áreas recreativas das Virtudes e de Augasantas, ao lavadoiro de Fonte Santaia (Moar), e aos locais sociais de Céltigos, Aiazo e Galegos. Tamén se intervirá nos locais sociais da Ponte Carreira, de Papucín, de Mesos, de Galegos, de Cima de Vila e de Abellá. E instalarán unha cuberta no CPI da Ponte Carreira para entre o colexio e o pavillón. E hai finalmente no PAS ampliacións do abastecemento en varios lugares do municipio e melloras de viais. MESÍA.- Aprobados por unanimidade. O POS, con 224.000 euros, obrará na ponte sobre o río Samo na parroquia de Mesía e en diversos camiños. O PAS está dotado con 306.000 euros para unha senda peonil na Igrexa (Boado), unha praza na
Crónicas
A posta ao día da rede viaria consume gran parte dos recursos dos plans provinciais
Igrexa (Mesía), reparacións dos vestiarios do campo de fútbol en Visantoña, acondicionamento da piscina municipal en Xanceda, arranxos no polideportivo de Xanceda e varios camiños. ORDES.- Os proxectos saíron adiante co voto a favor do goberno e a abstención da oposición. O POS conta con 403.000 euros, que se destinarán ao acondicionamento do firme de numerosos tramos de pistas e camiños, e a canalizacións de pluviais. A oposición botou en falta proxectos de abastecemento ou melloras en instalacións deportivas, que o executivo prevé financiar noutros plans, con remanentes ou con achegas da Xunta e da Deputación. O PAS, que suma 550.000 euros, recolle beirarrúas na rúa da Coruña, melloras nos accesos ao instituto Maruxa Mallo e á piscina climatizada, na contorna do cemiterio do Balado, no campo de fútbol de Poulo, na igrexa e local social de Pereira, no camiño da área recreativa de Vilagudín, estación de Fosado, varios camiños como os de Lavandeira e A Espenica, o acondicionamento do entorno dos locais sociais de Poulo e Barbeiros e da escola de Mercurín. Tamén se rematarán varias obras de abastecemento de auga e chegará o saneamento a Lavandeira de Abaixo en conexión coa depuradora da zona de Poulo. OROSO.- Unanimidade na apro-
Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.
bación. Os 245.000 euros do POS destínanase á Rúa da Tosca (Sigüeiro), a varios viais de diversas parroquias, e á rede de abastecemento de auga desde A Igrexa ata A Garabanxa (Calvente). E os case 360.000 euros do PAS servirán para crear unha senda peonil desde A Baiuca ata A Igrexa (Senra) e outra desde a Rúa María Casares (Porto Avieira) ata O Piñeirón (A Gándara). Tamén a rede de abastecemento de auga desde Valverde (Vilarromariz) ata A Falmega (A Gándara), e a ampliación do alumeado público en varios lugares. TORDOIA.- A relación de proxectos recibiu os votos a favor do PP. Do POS, 142.000 euros resérvanse para a mellora de accesos e camiños en varios puntos do municipio máis para unha praza en Santaia de Gorgullos. E en canto ao PAS, aproxímase aos 335.000 euros para a rehabilitación do centro social do Castiñeiro (Andoio), bancadas no campo de fútbol de Gorgullos, os accesos á piscina e ao polideportivo na Pontepedra, e múltiples viais, accesos e camiños en diversos emprazamentos do municipio. TRAZO.- A nula comunicación do goberno do PP impide coñecer a totalidade das obras. En cambio, o PSOE si confirmou que logrou incluír as súas propostas para reparar os centros sociais de Restande, Morlán e A Brea e mellorar a estrada da Cerqueira á Ponte (Chaián).
Se quere recibir Crónicas de balde no seu correo electrónico, pídao en cronicas.comarcadeordes@gmail.com
Cr贸nicas - Xaneiro 2016
3
Crónicas - Xaneiro 2016
4
Actualidade COMARCA Un falecido no Tambre en Sigüeiro
O ano comezou entre tempestades A auga acabou de destrozar a ponte do Raselo, situada en Gafoi (Frades)
Imaxe dunha lectora, coa maquía da Grabanxa (Oroso) no medio da auga
É o que cabe agardar no inverno. Pero, en contraste co outono seco e caluroso, as intensas chuvias da primeira quincena do ano pillaron a comarca co paso cambiado e puxeron a proba as súas infraestruturas e a capacidade de atender situacións de risco. Cómpre ter en conta que nos primeiros quince días do ano a estación automática que MeteoGalicia ten na comarca, situada en Mesía, acumulou case 300 litros de precipitación por metro cadrado e practicamente a metade concentrouse entre os días 7 e 9 de xaneiro. A rede viaria foi a máis prexudicada. As enchentas obrigaron a cortar varias pistas e camiños, nalgúns
casos puntualmente polo nivel elevado que acadou a auga e nos máis graves ata que se reconstrúan porque pasos e pontes acabaron desfeitos. En Frades sucedeu por partida doble, xa que o temporal levou por diante a ponte do Raselo (Gafoi), que xa estaba nun estado moi precario, e a ponte de Xeza entre Reboredo (Galegos) e A Gándara (Abellá). O peor foi a morte dun home en Oroso. O cadáver foi rescatado no río Tambre, en Sigüeiro, na tarde do 9 de xaneiro. A familia levaba horas sen saber nada del e xa denunciara a desaparición. Tiña problemas de saúde e barállase que puido caer ao río por accidente cando paseaba.
Pista en Vilamaior (Ordes), que se viu desbordada pola auga (imaxe dunha lectora)
Unha ponte en Oroso, ao límite da súa cota polo enorme caudal (Protección Civil)
ORDES Porque xa fora condenado polo mesmo feito
OROSO Cinco condenados polo suceso, en 2013
O Tribunal Supremo anula unha condena ao ordense Carlos Calvo
Ata seis anos de prisión por un roubo e secuestro en Sigüeiro
O Tribunal Supremo absolveu ao ordense Carlos Calvo Varela dun delito de tenencia de explosivos e colaboración coa organización terrorista Resistencia Galega, anulando a condena que lle impuxera a Audiencia Nacional en abril do ano pasado, de sete anos de cárcere. O TS considera que xa fora condenado por eses feitos a finais de 2014, tamén cunha pena de sete anos de prisión, e que non pode ser condenado dúas veces polo mesmo. A clave radica en que, aínda que a tenencia de explosivos se observou dúas veces, en outubro de 2011 e en setembro de 2012, só se trata dun delito. A explicación que dá o propio Su-
As cinco persoas acusadas por delitos de roubo con violencia, lesións, detención ilegal e receptación tras un asalto en Sigüeiro en 2013, aceptaron penas que van dende os seis meses aos seis anos de cárcere. A petición inicial da Fiscalía era maior, ata 22 anos para o principal procesado, pero un acordo coa defensa rebaixou a pena. A pena de seis anos e tres meses recae no acusado de intento de asasinato. A acusación foi retirada polo fiscal e aplicouse a pena mínima só por roubo con violencia, detención ilegal e lesións, coas atenuantes de toxicomanía e alteración psíquica. Outro asaltante foi condenado a catro anos e tres meses por roubo con
premo é que “dous actos de tenencia de explosivos temporalmente diferenciados constitúen un só delito entre un e outro a persoa non foi detida ou imputada”. En todo caso, a sentenza dá por feitos probados que Varela facilitou o transporte dunha bolsa cunha bomba que alguén -descoñécese exactamente quen- colocou nun caixeiro automático en Vigo o 10 de outubro de 2011. Un anaco do seu DNI apareceu na porta de acceso ao caixeiro para evitar que se pechase. O artefacto foi desactivado pola policía, despois de recibir o aviso duns cidadáns que o viron. A explosión controlada causou danos materiais en inmobles da zona.
violencia e detención ilegal. Unha terceira acusada viu rebaixada a pena a seis meses. E outros dous foron condenados a dous anos cada un. Estes dous últimos son a indutora do roubo e un amigo seu, cooperador. Ela contactou con el para que, en outubro de 2013, buscase dúas persoas para forzar o cobro dunha suposta débeda de 2.850 euros. Os dous principais condenados acudiron á vivenda da vítima en Sigüeiro, onde estaba con parentes, insultándoos, ameazándoos de morte, forcexeando, golpeándoos cunha barra e unha pistola e poñéndolle un coitelo no pescozo a un, e finalmente pechándoos por fóra.
Crónicas - Xaneiro 2016
5
ORDES Non se prevé que sexa incluído na orde do día do pleno ordinario de xaneiro
CERCEDA
Os grupos debaten sobre o PXOM tras fallar o primeiro intento de aprobación
Detido un veciño de Cerceda por suposta distribución de drogas
O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Ordes segue no aire. Tras fracasar o intento de aprobación inicial polo pleno en decembro, os grupos políticos adentráronse nunha fase de estudo a fondo, presentación de propostas e a busca de consenso para sacar adiante o plan. Sempre mirando o reloxo, posto que a aprobación tería que ser antes de que entre en vigor a nova lei autonómica do solo, quizais entre febreiro e marzo. Do contrario, terían que comezar de cero. Lonxe de ser un trámite, o pleno da fallida aprobación inicial serviu para elevar a tensión. Non reuniu a maioría absoluta necesaria, posto que só o PP votou a favor, o BNG e o PSOE en contra e UxO abstívose. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, apelou á “responsabilidade” para tratar de sacar adiante o PXOM. Admitindo que é mellorable e remarcando que a lei non lle daba marxe para presentar un plan novo, insistiu en que as propostas da oposición poderían avaliarse no periodo de exposición pública. Non aprobar o plan antes da nova lei, segundo o rexedor, suporía ter que agardar a outro non antes de 2018 e botar a perder o diñeiro gastado no documento en debate. A discusión máis tensa, incluso con chamada á orde, viviuse entre o alcalde e a portavoz de UxO. Silvia Marín acusou directamente a Martínez Sanjurjo de “paralizar” o plan no mandato anterior. Segundo lembrou, desde 2011 ata 2013 o entón líder da oposición poñía múltiples obxeccións e advertía de diversos erros, ata que a
propia Marín admitiu que ela chegou a non estar de acordo co plan “porque fíxome entender que había moitas cousas mal”. Segundo UxO, a negativa de Martínez a plasmar propostas por escrito evidenciaba que o seu interese era bloquear un plan que agora o PP presenta con cambios puntuais que obedecen peticións persoais. Martínez replicou chamándolle “mentirosa compulsiva” a Marín, revelou que o anterior concelleiro de Urbanismo, Roberto González, o convocara a “reunións secretas” para el inaceptables e desbotou calquera culpa na situación actual. Nesta liña, as propostas de UxO posteriores ao pleno expoñen unha serie de deficiencias teoricamente aprezadas nestes anos por Martínez e demandan corrixilas. O BNG, pola súa parte, puxo en dúbida que a tramitación do plan cumpra a legalidade, sinalando aspectos como que a técnica municipal de urbanismo que informa do plan “traballa na mesma empresa que o elaborou”, en palabras de Pablo Vidal, portavoz
nacionalista, que recalcou que non poñen en dúbida a profesionalidade da técnica. Vidal advertiu de que a inseguridade xurídica podería levar nuns anos a que a xustiza tumbe o plan, lembrando o caso de Vigo. Os nacionalistas, que se queixan de que ata agora non se lles dera a oportunidade de participar no proceso, aproveitaron o tempo para estudar a fondo o PXOM e presentar quince propostas, unhas xerais e outras moi concretas. Verónica Gómez (PSOE) inclinouse no pleno por contar cunhas semanas para estudar cun mínimo de calma o plan e desdramatizou que haxa que empezar un novo PXOM baixo a nova lei do solo, que ela agarda máis permisiva que a actual. Os socialistas tamén examinan o documento punto por punto e presentan propostas. Así as cousas, a vindeira reunión cos técnicos é este 28 de xaneiro e por tanto non se prevé que o PXOM figure na orde do día do pleno ordinario correspondente ao mes de xaneiro.
Frades, pendente de Medio Ambiente Mentres en Ordes os grupos políticos negocian o PXOM, en Frades agardan que a Xunta emita dunha vez a memoria ambiental do seu plan, que é o documento que lles resta para poder aprobalo inicialmente no pleno municipal tras contar co informe de Patrimonio.
Nunha reunión coa conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, o alcalde, Roberto Rey, solicitou a maior rapidez por parte da Xunta. O prazo legal é de dous meses, pero o rexedor quere que estea a comezos de febreiro para evitar a nova lei do solo.
CERCEDA O Concello deberá pagar case 201.000 euros, máis intereses e costas
O TSXG mantén a condena polo endoso dunha factura en dous bancos distintos O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou unha demanda do Concello de Cerceda contra unha sentenza do xulgado do contencioso-administrativo número 1 da Coruña, que condenara á administración local a pagar 200.708,39 euros, máis intereses e costas, polo doble endoso da factura das obras na estación ferroviaria de Meirama, en dúas entidades bancarias diferentes. Os feitos remóntanse a 2012. En setembro, o Concello pagou en Banesto uns 200.000 euros. O pago dunha cantidade semellante por esa mesma factura e certificación de
obra repetiuse no Banco Pastor, hoxe Banco Popular, entidade á que agora o Concello lle ten que pagar a contía recollida na sentenza. A portavoz do BNG, Rocío da Igrexa, pide a dimisión do alcalde e acúsao de causar “un prexuízo económico ao Concello” por non seguir “a tramitación establecida como norma á hora de realizar o endoso dunha factura”. O Bloque cre que o contratista “aproveitouse da boa relación que tiña co alcalde para endosar unha factura/certificación dúas veces”. En pleno, o portavoz do PP, Fran-
cisco Santos, acusou ao Concello de colaborar “nunha estafa xa confirmada e constatada”. O alcalde, José García Liñares, replicoulle que “este Concello non colaborou en ningunha estafa” e explicou que “fíxose un uso fraudulento dun papel que saíu desta administración”. O rexedor indicou que o sucedido “non é culpa do goberno, se é de alguén foi miña pero non colaborei en ningunha estafa”. García Liñares reprochou que o líder da oposición non fose máis “comedido” e que falase sen propiedade, poñendo en dúbida que Santos puidese definir o termo estafa.
Droga, diñeiro e material incautados
Un veciño de Cerceda foi detido como suposto autor dun delito contra a saúde pública. A Garda Civil interviu no operativo varias doses de substancias estupefacientes como cocaína, marihuana e outros elaborados psicotrópicos xa preparados para a súa distribución. Todo comezou, segundo a Garda Civil, por unha chamada telefónica na que se informaba dunha disputa familiar nun domicilio de Cerceda. Cando os axentes chegaron, o home que despois sería detido non estaba xa na vivenda. Mais veciños e algún parente ofreceron os datos necesarios para a súa identificación. Horas máis tarde, foi localizado nas inmediacións do domicilio, ao que se achegou nun coche. Tras ser identificado e despois dunha revisión do vehículo, as forzas de seguridade interviron máis de 4.000 euros en efectivo e doses de cocaína. A Garda Civil cre que a droga era distribuída na zona e Cerceda e na área de influencia da Coruña. O detido foi posto a disposición xudicial. ROUBOS EN NOITEVELLA Por outra parte, nun operativo no que interviron a Garda Civil e a Policía Local de Ordes foi detido outro home como suposto autor de diversos furtos durante as celebracións da Noitevella en Ordes. Sobre as dúas da madrugada, as forzas de seguridade comezaron a recibir avisos dos furtos. E tras un operativo que se prolongou durante o resto da madrugada foi detido o home, duns 30 anos e residente na Coruña. Levaba dous teléfonos intelixentes, dous bolsos de marca, carteiras, tarxetas de crédito e de débito, documentación persoal... Todo valorado nuns 2.900 euros. O detido, con antecedentes por feitos similares, entraba en pubs, dáballes conversa a clientas e aproveitando os descoidos consumaba os furtos. Os obxectos foron xa devoltos ás súas donas.
6
Crónicas - Xaneiro 2016
Actualidade TORDOIA
FRADES O goberno asegura que se debe ao novo método de elaborar as contas
Aprobados 2,65 millóns de euros de orzamento, que incrementa os investimentos un 11 %
Os orzamentos municipais caen este ano un 3%, ata os 1,84 millóns de euros
Os orzamentos do Concello de Tordoia para 2016 foron aprobados cos votos a favor do goberno (PP) e a abstención do PSOE e da concelleira do BNG. Ascenden a 2.650.000 euros, cun lixeiro incremento sobre os do ano pasado (2.615.000 euros). O goberno destaca que se incrementa o capítulo de gastos de persoal (de 879.000 a 1.016.000 euros) en gran medida polo inicio da actividade do Punto de Atención á Infancia (PAI) e as contratacións que supuxo, así como polo reforzo no ámbito dos servizos sociais. Os gastos correntes caen un 11 %, desde os 922.000 ata os 813.000 euros. E os gastos financeiros son menos da metade, de 98.000 a 47.000 euros. En canto aos investimentos, medran un 11 %, ata os 507.000 euros. En 2015 foran 454.000. O goberno municipal, que fala dun orzamento “equilibrado”, conta con incrementar esta contía con subvencións da Xunta de Galicia.
O Concello de Frades estima que este ano 2016 poderá gastar case 1.843.000 euros, segundo figura no proxecto de orzamentos aprobado no derradeiro pleno de 2015, cos votos a favor do PP e a abstención do BNG. Segundo o goberno, as contas son un 3 % menores que o ano pasado (1.895.000 euros), pero a redución débese ao novo método utilizado para elaboralas. O alcalde, Roberto Rey, afirma que a nova secretaria municipal optou por non computar as achegas de diversas subvencións autonómicas pendentes de confirmar, aínda que si se recolle a parte que deberá financiar o Concello. É o caso dos proxectos do Fondo de Compensación Ambiental ou das axudas para aforro enerxético. “Unha vez que se materialicen -engadiu o edil de Economía, Manuel Barreiro- as contas sumarán uns 150.000 ou 200.000 euros máis”. O documento aprobado reserva uns 510.000 euros para investimentos reais, contía uns 3.000 euros inferior á de 2015. En gastos de persoal
ORDES
ORDES Nova distribución interior, pintura e adecentamento da contorna
Os socialistas piden maior atención sobre os vertidos incontrolados de lixo nas parroquias
Segunda Oportunidade promove a adopción de cans entre os máis cativos
Os socialistas de Ordes solicitáronlle ao goberno municipal maior atención para evitar a “proliferación de “vertedoiros incontrolados”. Sitúan dous casos recentes en Poulo, con entullos dunha obra, e en Vilamaior, con plásticos agrícolas. O PSOE cre que a política medioambiantal establecida no seu paso polo goberno “foise deteriorando cos sucesivos gobernos municipais” e reclama tamén que se vixíe a pegada de carteis no núcleo urbano, que crían erradicada.
Segunda Oportunidade, a canceira de Ordes, promove a necesidade de adoptar animais entre os máis pequenos. Con tal propósito, recibiu a visita dos nenos e nenas que participaron no Christmas Camp 2015. Os responsables da canceira e do campamento explicáronlles a importancia da adopción de mascotas e os beneficios e axuda que supón tal xesto solidario. A intención é que os cativos sexan conscientes das responsabilidades que conleva ter unha mascota e dos coidados continuos que precisa. A visita produciuse xusto en datas nas que un dos agasallos máis frecuentes que reciben os nenos e nenas son precisamente animais domésticos. Na sociedade medra a conciencia de que a compra pode sustituírse pola adopción e sobre todo de reflexionar moito a decisión, para evitar que a alegría dos primeiros días derive ao pouco nun abandono. Durante a visita, na que participou a tenente de alcalde, Ana Soneira, os nenos e nenas tiveron a ocasión de
Sesión plenaria na que se aprobaron os orzamentos fradenses para 2016
baixan ata os 410.000 euros, cando o anterior exercicio foran 434.000 euros. O goberno atribúe este descenso á baixada de nivel do posto de secretaria-interventora, tras a xubilación da anterior funcionaria. Os gastos correntes sitúanse en 811.000 euros e xa contan co mantemento da depuradora da Ponteca-
rreira e do novo punto limpo. O alcalde defendeu os orzamentos como “realistas, inversores, centrados nas políticas sociais, que aumentan os gastos en servizos esenciais aos veciños, que mantén as axudas ás asociacións e fano sen débeda pública, sen déficit, nin aumentos de taxas ou de impostos”, dixo Rey.
Os nenos e nenas participantes no Christmas Camp, de visita á canceira ordense
coñecer as instalacións da canceira e o seu funcionamento habitual. Explicoulles todo a veterinaria encargada do centro, que lles deu a oportunidade de xogar con algúns dos cans acollidos. Nas últimas xornadas tamén se coñeceu un significativo apoio para a Asociación de Amigos da Canceira.
Veu da man da granxa ecolóxica Casa Grande de Xanceda (Mesía), que doou 1.000 euros, procedentes de parte da recadación das visitas que reciben ao longo do ano, para contribuír co seu labor contra o abandono de animais, a promoción das adopcións e a responsabilidade por parte dos propietarios.
Cr贸nicas - Xaneiro 2016
7
PUBLICIDADE
8
Crónicas - Xaneiro 2016
Actualidade OROSO
COMARCA Reunión do seu presidente, Roberto Rey, co conselleiro de Política Social
A Xunta aproba a modificación do PXOM para as obras do enlace da autoestrada AP-9
A Mancomunidade pide que a Xunta axude a ampliar a atención temperá
A Xunta aprobou unha modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Oroso, que lle dá encaixe urbanístico ás obras de ampliación do enlace da autoestrada AP-9 en Sigüeiro. A modificación consiste na definición de ámbitos clasificados como solo urbanizable non delimitado que pasan a solo rústico de protección de infraestruturas (autoestrada), solo rústico de protección ordinaria e solo de núcleo rural. Tamén se modifica un ámbito que se considera espazo libre de dotación local do polígono empresarial (solo urbano), que pasa a solo rústico de protección de infraestruturas (autoestrada). O enlace supón perder 10.930 metros cadrados de zonas verdes no ámbito do Parque Empresarial e a redución do seu longo a 30 metros noutros 8.820 m2. Estas reducións compénsanse incorporando ao PXOM 56.599 metros cadrados para un parque fluvial.
A Mancomunidade de Ordes quere que a Xunta siga ofrecendo colaboración financeira para ampliar o servizo de atención temperá. Así llo expuxo o presidente da entidade supramunicipal e alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, ao conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela. Rey Martínez explicou que a súa intención é que as catro empregadas adscritas ao servizo poidan traballar cun contrato a xornada completa. Na actualidade, só están nesa situación dúas, e as outras dúas están a media xornada. A ampliación permitiría atender toda a demanda existente na comarca para un servizo “moi demandado pola cidadanía”, segundo o presidente da entidade supramunicipal.
Convocan en Oroso un certame de investigacións Ata o 31 de marzo poden presentarse propostas para o Certame de Traballos de Investigación do Camiño Inglés, convocado polo Concello de Oroso por primeira vez. Pode participar calquera persoa con investigacións sobre calquera faceta deste itinerario peregrino. Os traballos teñen que ser orixinais e inéditos e poden presentarse en galego, inglés ou castelán. Deben entregarse en papel ou enviarse por correo electrónico a cultura@ concellooroso.com. Existe unha categoría para investigadores (mínimo 18.000 caracteres), outra para peregrinos maiores de idade (mínimo 5.000 caracteres) e outra para menores de idade (mínimo 2.500 caracteres). Hai tres premios por cada categoría. Os documentos pasarán a formar parte dos fondos do Centro de Estudos e Investigación do Camiño Inglés, creado en novembro no centro cultural de Sigüeiro.
PUNTO PARA A INFANCIA No encontro co conselleiro, no que tamén participou Perfecto Rodríguez como novo director-xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, Rey Martínez tamén presentou, como alcalde de
José Manuel Rey, conselleiro (esq), e Roberto Rey, presidente da Mancomunidade
Frades, a proposta de crear un Punto de Atención á Infancia (PAI). No caso de que a Xunta apoiase esta iniciativa, da que non trascendeu nin o emprazamento nin as características, tería que ser compartida con outro municipio da contorna, en parte debido á escasa natalidade da zona. Queda por ver agora en que me-
dida se materializan estas propostas, formuladas nunha reunión que a Consellería de Política Social enmarca nunha serie de encontros que o seu titular está mantendo con diversos rexedores do país para coñecer as necesidades que presentan e ver como mellorar a atención nos servizos sociais.
ORDES Gratificación económica de 5.000 euros outorgada por Turismo de Galicia
Premian o Concello de Ordes polo seu labor de limpeza no Camiño Inglés Segundo posto na categoría de actividades desenvolvidas por Concellos. É o recoñecemento obtido por Ordes na primeira edición dos Premios Camiño de Santiago 2015, outorgados pola axencia autonómica Turismo de Galicia. Segundo o goberno municipal, supón unha gratificación económica de 5.000 euros e débese aos labores de limpeza efectuados pola administración local no itinerario do Camiño Inglés. O primeiro clasificado da categoría foi o Concello de Portomarín. A tenente de alcalde e concelleira de Medio Ambiente e Medio Rural, Ana Soneira, acudiu a recoller o premio, nun acto que se desenvolveu na Cidade da Cultura e no que participaron, entre outros, o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro. Soneira asegurou que o Concello recibe co premio un impulso para traballar máis polo Camiño e que ten un “enorme interese en promocionar e facer medrar o Camiño Inglés, tanto
O acto de entrega dos premios desenvolveuse na Cidade da Cultura en Santiago
como punto de interese turístico e medioambiental como nas posibilidades empresariais que lles ofrece aos veciños e veciñas da comarca”. Os principais premios das demais categorías recibíronos a Asociación de Amigos del Camino de Santiago de Ávila, na categoría de asociacións; a Asociación de Desenvolvemento Ru-
ral Mariñas-Betanzos, no apartado de pequenas e medianas empresas; e o Grupo de Investigación Cultural e Sociedades no Mundo Ibérico desde a Idade Media, do Instituto de Estados Galegos Padre Sarmiento, nunha categoría centrada na difusión académica, educativa e de investigación vinculada co Camiño.
Crónicas - Xaneiro 2016
9
Actualidade OROSO O PP pedía eliminalo e o alcalde replica que se trata dun imposto “xusto”
ORDES
Reducen á metade o imposto sobre o incremento de valor de terreos urbanos
Gonzalo Veiras toma posesión como novo concelleiro do BNG
O imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana terá unha bonificación do 50 % en Oroso. O cambio aprobouno o goberno local (PSOE) co apoio do BNG, mentres que o PP e o concelleiro de Anova abstivéronse. O executivo de Manuel Mirás asegura que a bonificación concederase de oficio por parte do Concello nas transmisións de terreos e na transmisión ou constitución de dereitos reais de goce limitativos do dominio, realizadas a título lucrativo por causa de morte a favor dos descendentes e adoptados, os cónxuxes e os ascendentes e adoptantes. XUSTO OU INXUSTO? O PP considera que este imposto “debería eliminarse”, como xa defendera no seu día durante a campaña electoral, segundo lembraron. O concelleiro de Anova, Manuel Siverio Mirás, considerouno “inxusto” e, co apoio do PP, pediu que se retirase o asunto da orde do día do pleno. O alcalde, Manuel Mirás, replicou
A bonificación recibiu o apoio de PSOE e BNG e a abstención do PP e Anova
Veiras Carneiro, na toma de posesión
que “este é dos impostos máis xustos que hai, posto que é normal que alguén pague cando allea un ben e obtén un valor engadido”. Mirás pediulles “seriedade e responsabilidade” ao PP e Anova e fixo constar que as súas propostas “son lindezas que din pero só servirían para poñer en risco a facenda municipal, xa que deixar de
Gonzalo Veiras Carneiro tomou posesión como concelleiro do grupo do BNG en Ordes na sesión plenaria de mediados de decembro. Veiras, cuarto da candidatura nacionalista do pasado mes de maio, accedeu á corporación por mor do falecemento de Ramiro Recouso Liste.
Audífonos/prótesis auditivas A perda auditiva ou hipoacusia débese a danos ou disfuncións nalgunha ou varias partes do oído que poden deberse a múltiples causas. Estos problemas auditivos poden ocorrer a calquera idade aínda que con maior predominio a partires dos 60 anos polo deterioro do oído, de forma similar ao que ocorre coa vista. Esta perda auditiva pode ser de distintos tipos (conductiva, neurosensorial ou mixta) e de diferentes grados. O grado pode variar segundo o nivel de afectación dende unha hipoacusia leva (sobre un 30% de perda auditiva) ata unha profunda (sobre un 90% de perda auditiva) pasando polos grados intermedios. Pero ademáis do grado de perda auditiva hai que ter en conta o entendemento das conversas, sobre todo en situacións con ruído de fondo. Padecer unha perda auditiva é algo
molesto e limitante, sobre todo para manter conversas e relación sociais pero incluso para poder ver a televisión ou falar por teléfono, pero que por sorte ten solución no 99% dos casos. No centro auditivo OE+ pode asesorarse por parte de profesionais da audioloxía en canto á súa perda auditiva pero tamén en canto ás súas posibles solución cos medios tecnolóxicos existentes, incluidos os medios máis avanzados.
QUE SOLUCIÓNS PODO ATOPAR NO CENTRO AUDITIVO OE+?
Tras realizar un estudio completo e gratuito da súa audición poderemos ofrecerlle unha solución personalizada ás súas necesidades, contando cunha ampla gama de productos de todas as marcas, formatos e prezos do mercado.
aplicar este imposto obrigaría a subir outros”. O rexedor aproveitou para lembrar que a presión fiscal de Oroso sitúase lixeiramente por debaixo da media cos Concellos galegos e está practicamente na metade da media das administracións locais de toda España.
Audífonos retroauriculares: responde ao modelo máis convencional e clásico aínda que actualmente cun tamaño máis reducido e novos acabados. Audífonos RITE: tamén colocado detrás da orella como os retroauriculares, teñen un menor tamaño, son máis discretos e ofrecen a posibilidade de adaptación na meirande parte das perdas auditivas. Audífonos intracanais: circuito do audífono insertado nunha cápsula feita á medida do conducto e pabellón da persoa usuaria de xeito totalmente personalizado. Varillas auditivas: alónxanse do formato tradicional de audífono ao estar o circuito integrado na patilla da gafa. Calquera dos formatos expostos pode dispoñer dos últimos avances tecnolóxicos en audífonos en función da gama, incluindo sistemas de reducción de ruido, reducción de ruido de vento, eliminación de pitidos ou outras características varias que permiten axustar o audífono ás necesidades persoais do usuario como por exemplo a conectividade inalámbrica por bluetooth. Esta op-
ción permite conectar os audífonos do oído dereito e esquero entre eles para mellorar a escoita dos sonidos ambientes, sobre todo conversas pero tamén permite conectar directamente aparatos electrónicos como o móvil ou a televisión aos audífonos convertíndoo nunha axuda específica. Pero ademáis dos audífonos, tamén existen axudas técnicas auditivas para situacións concretas como poden ser teléfonos ou despertadores específicos, avisadores de timbre ou incluso escoita bebés entre as múltiples opcións existentes. Non dude en acudir ao seu centro auditivo OE+ para realizar un estudio audiométrico completo e solicitar información e asesoramento en canto aos diferentes modelos de audífonos dispoñibles actualmente no mercado. Os especialistas que o atenderán ofreceranlle a mellor opción para o seu caso en concreto cun presuposto o máis axustado posible.
10
Crónicas - Xaneiro 2016
Actualidade OROSO
COMARCA Reunión do seu presidente, Roberto Rey, co conselleiro de Política Social
O PP cre que 2016 comezou sen orzamento por ter un goberno “esgotado”
A comarca perde 374 habitantes na última posta ao día do padrón municipal
O PP de Oroso critica que o Concello comezase o ano sen aprobar os orzamentos para 2016. O principal grupo da oposición local atribúe tal situación á “desidia e irresponsabilidade” do alcalde, Manuel Mirás. Para o portavoz do PP, Alexander Doval, o goberno socialista “está esgotado e sen ideas, nin propostas que sacar adiante”, e pesar de ter unha maioría absoluta, máis que suficiente para aprobar as contas de por si. Doval asegura que a falta de orzamentos explícase en que “ao señor Mirás preocúpanlle pouco ou nada os problemas dos seus veciños”. O líder do PP teme que non aprobar nun tempo prudente os orzamentos pode derivar nunha “parálise para moitos dos investimentos e proxectos que deberían poñerse en marcha durante o ano”, lembrando que os orzamentos son “unha das xestións ordinarias máis importantes para calquera administración pública”.
Somos 374 menos. A comarca de Ordes ratifica a súa perda de poboación na última actualización do padrón municipal, divulgada hai uns días polo Instituto Nacional de Estadística (INE) con datos do 1 de xaneiro de 2015. Se nesa data os sete municipios sumaban 37.313 habitantes, dos que 19.094 eran mulleres e 18.219 eran homes, un ano antes chegaban a 37.687. Como curiosidade, a comezos de 2015 había un home e nove mulleres maiores de 100 anos: el en Ordes e elas en Ordes (4), Cerceda (2), Mesía (1), Tordoia (1) e Trazo (1). Todos os concellos perden poboación empadroada, a non ser Oroso, que neses doce meses gañou 13 persoas, ata 7.413. O que máis cede, tanto en termos absolutos como en proporción relativa, é Tordoia, con 115 persoas menos. Ordes rexistra unha cantidade moi similar (108), que no cómputo relativo ten menor relevancia posto que cuadruplica con creces a poboación de Tordoia. En todo caso, a capital
BEIRARRÚAS Por outra parte, o PP tamén criticou que aínda estean sen construír as beirarrúas no tramo da N-550 próximo ao novo colexio de Sigüeiro. Doval asevera que “é inxustificable o atraso dunha obra que o alcalde prometeu hai máis de dous anos”. Valora que se produce unha “falta de seriedade” por parte do rexedor “especialmente grave, tendo en conta que son moitos os nenos que percorren este traxecto” para acudir ao centro educativo. Os conservadores instan ao goberno local a non “xogar coa seguridade” das persoas que se desprazan polas beiravías da estrada nacional para ir ao polígono, a carón dun tráfico moi intenso, con numerosos vehículos pesados. “Calquera persoa que pase por esta zona -expón Alexander Doval- dáse conta de que é un traxecto moi perigoso, sobre todo para percorrelo con nenos”. Por iso, empraza a Mirás a “acelerar os trámites que sexan necesarios”, para o que ofrece “sempre” o apoio do PP. Para o portavoz deste grupo, esta obra debe considerarse prioritaria e ao alcalde “debería caerlle a cara de vergoña ao pasear polas rúas e cruzarse con veciños aos que lles leva mentindo máis de dous anos”, remacha Doval.
POBOACIÓN CONCELLO Cerceda Frades Mesía Ordes Oroso Tordoia Trazo
2014 5.156 2.485 2.795 12.844 7.400 3.706 3.301
2015 5.076 2.460 2.734 12.776 7.413 3.591 3.263
Comarca
37.687
37.313 Fonte: INE
da comarca alónxase do umbral dos 13.000 habitantes. Cerceda con 80 persoas menos, Mesía con 61, Trazo con 38 e Frades con 25 continúan tamén presentando mostras de claro retroceso demográfico. Xusto cinco anos antes, a comezos de 2010, a comarca ordense contaba con 38.734 almas, o que supón 1.421 máis. Por aquel entón, a zona aínda gañaba poboación nas súas zonas urbanas. Pero o estoupido da crise fi-
nanceira primeiro, económica despois e social finalmente, ocasionou un doble fenómeno migratorio. Por unha parte, a marcha de numerosos cidadáns estranxeiros que viñeran aquí na procura dun futuro. E por outra, a dunha considerable cantidade de mozos e mozas, a miúdo extraordinariamente formados, aos que o mercado laboral non lles ofrece aquí case ningunha opción razoable e tiveron que facer as maletas. PEOR QUE A MEDIA GALEGA Todo isto, unido a unha escasa natalidade que non compensa nin de lonxe a mortandade, explica a clara liña descendente da poboación na comarca. A tendencia é incluso máis acentuada que a do conxunto de Galicia. Se a última posta ao día do padrón contabiliza 16.348 galegos e galegas menos, o 0,6 % da poboación, os 374 habitantes menos dos sete municipios da área de Ordes supoñen unha merma de case o 1 % da poboación que había.
ORDES O PSOE di que non chega e o PP chámalles “analfabetos presupostarios”
Nova lea entre o PP e o PSOE polo investimento na estrada de Mercurín O PP e o PSOE de Ordes enfrontáronse nas últimas semanas polo investimento de 1,5 millóns de euros comprometido pola Xunta para reparar a estrada de Ordes a Cerceda por Mercurín. Os socialistas din que as obras non comezarán ata 2018 porque a Xunta rexeitou a súa proposta de incrementar a partida nos Orzamentos deste ano e o PP reitera que o diñeiro está consignado e lamenta o “analfabetismo presupostario” dos seus opoñentes. Os socialistas lanzaron a súa crítica tras ver rexeitadas as súas emendas ás contas autonómicas no Parlamento de Galicia. Nunha reunión co parlamentario Xosé Sánchez Bugallo, este afirmou que “o PP votou en contra de dotar esta obra do orzamento preciso para que se faga en 2016, agora con sorte o proxecto poderá facerse este ano, as expropiacións en 2017 e despois comezarán as obras”, incluídas en 2008 no Plan Miner e despois anuladas. A resposta do PP foi contundente. Atribúen as críticas a “ciumes de mal
Reunión do PSOE ordense para avaliar os Orzamentos da Xunta para 2016
perdedor” e aprezan que o PSOE, “que fixo de palafraneiro de Regos durante os dous pasados mandatos, agora rabea porque o PP busca solucións ás carencias dos veciños de Ordes e xestiona os recursos públicos con rigor”. Todo isto en boca da portavoz municipal do PP, Susana García, quen se
ofrece á concelleira do PSOE, Verónica Gómez, para “axudarlle a localizar os investimentos nos Orzamentos da Xunta para 2016 e acreditar deste xeito as partidas comprometidas para o arranxo da estrada de Mercurín”, di. Engade que “é unha mágoa que toda a enerxía que o PSOE local dedica agora a mentir non a utilizara en defensa dos veciños as dúas pasadas lexislaturas”, cando o anterior alcalde, Manuel Regos, con apoio socialista, “lonxe de tratar de arranxar a estrada preferiu crear problemas onde non os había e xerou unha débeda millonaria”, acusa García. DEPÓSITOS Os socialistas lembran que o PP rexeitou tamén as emendas relativas á reparación dos vellos depósitos de auga da traída municipal. Din que o seu estado é “preocupante”, con fendas exteriores e usados só ao 40% para evitar a presión. Tamén decaeron as propostas de abastecemento e saneamento no rural e para varias reformas no IES Maruxa Mallo.
Cr贸nicas - Xaneiro 2016
11
PUBLICIDADE
12
Crónicas - Xaneiro 2016
Actualidade FRADES
COMARCA Ordes, Oroso e Santiago volverán negociar a iniciativa co ADIF
Rey propón na Xunta que a traída de Añá, Céltigos e Moar se acometa por fases
Retoman o eterno proxecto da Vía Verde
Beatriz Mato e Roberto Rey
O alcalde de Frades, Roberto Rey, volveu presentar na Xunta o proxecto de abastecemento de auga nas parroquias de Añá, Céltigos e Moar. Está valorado en 775.000 euros e xa fora presentado en febreiro do ano pasado. Entón, a anterior conselleira de Medio Ambiente, Ethel Vázquez, condicionouno a que unha terceira administración, ademais da Xunta e o Concello, axudase a financialo. Agora, ante a nova conselleira, Beatriz Mato, o rexedor propuxo que o proxecto se poida acometer “por fases e en diferentes anualidades”.
Polas contas oficiais, son xa oito anos. Desde que naceu a idea, xa case se perdeu a conta. O caso é que os Concellos de Ordes, Oroso e Santiago acaban de retomar as conversas para o proxecto de Vía Verde sobre o antigo trazado ferroviario de 24 quilómetros desde Compostela ata Ordes. En 2008, os tres Concellos asinaron un protocolo para crear, xestionar, explotar e manter esa infraestrutura turística. Pero despois, tal como recoñecen, non se deron os pasos necesarios para que a iniciativa fose unha realidade. Nunha reunión para reactivar o proxecto, celebrada en Santiago, os tres gobernos municipais ratificaron que continúan interesados en contar cunha Vía Verde. Participaron no encontro o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia de Santiago, Xan Duro, o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e a concelleira de Medio Rural e Medio Ambiente de Ordes, Ana María Soneira. O proxecto consistiría en habilitar o antigo trazado ferroviario, que nalgúns tramos comeza xa a desdebuxarse, para que se puidese perco-
Desde a esquerda: Ana María Soneira, Xan Duro e Manuel Mirás, na reunión
rrer a pé ou en bicicleta. A utilización da marca Vía Verde, baixo a que se agrupan numerosas liñas de tren abandonadas e reconvertidas, confírelle un considerable potencial ambiental, patrimonial e turístico. Os tres Concellos non esquecen que a recuperación dos antigos camiños de ferro, agora sen ferro, depende tamén do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF).
E nese sentido, acordaron que o alcalde de Oroso teña a iniciativa das conversas con este ente, tendo en conta que foi o seu Concello o que impulsou o proxecto no seu comezo. E o goberno santiagués farase cargo das negociacións coa Xunta e coa Deputación da Coruña, para procurar o seu respaldo á iniciativa. O proxecto, que se vai revisar, foi valorado en 2007 nuns 1,7 millóns de euros.
ORDES Un grupo de alumnos e alumnas do centro imparte unha conferencia nunha iniciativa de Educación
Unha clase sobre as clases no IES Maruxa Mallo Uns vinte mozos e mozas, estudantes do IES Maruxa Mallo de Ordes entre 2011 e 2015 impartiu unha conferencia no marco do “II Encontro de intercambio de experiencias educativas en linguas cooficiais” na Cidade da Cultura en Santiago. A iniciativa, organizada pola Consellería de Educación na Cidade da Cultura en Santiago, tiña como espectadores activos máis dun cento de profesores e profesoras de lingua galega e castelá de toda Galicia. O alumnado do Marxua Mallo titulou a súa intervención “Para empezar non hai que saber, pero para saber hai que empezar”. Consistiu en expoñer a metodoloxía empregada e algúns dos proxectos de traballo que se realizaron no instituto dentro da materia de Lingua Castelá e Literatura. Entre outros aspectos, fixeron fincapé na importancia do traballo en equipo e describiron actividades como a creación de videopoemas, exposicións sobre literatura medieval, escritura de guións audiovisuais, gravación de curtametraxes, organización de recitais de poesía barroca ou alternativas ao exame do libro de
O alumnado do instituto ordense expuxo a metodoloxía e algúns dos traballos da materia de lingua castelá e literatura
lectura, así como o proxecto de publicación do libro ‘Historias de equipaje’ e do xornal ‘Nós’. Os encargados desta intervención, tal como detallaron desde o Concello de Ordes, foron Miguel Baña Couselo, Adriana Calviño Bei-
roa, Natalia Castro Iglesias, Noelia Cernadas Méndez, Mireya Conde Raña, Lucía Couselo Lata, Carmen del Río Ferreiro, Verónica Ferreiro Viqueira, Diego Fraga Pallas, Noelia Garaboa Fernández, Juan Ramón González González, Ainhoa Graña Suárez,
Daniel Grela Mosquera, Daniel López García, Silvia Martínez Costa, Eloy Martínez Liste, Sandra Moure Pico, Imane Rafai Handaoui, Marina Recouso Vilaboy, Marta Rodríguez Sanjurjo, Xela Sánchez Rodríguez e Iria Souto Iglesias.
crónicas - Xaneiro 2016
13
ActuAlidAde COMARCA A asociación de pacientes do CHUS pide acabar cos recortes de persoal
ORDES
denuncia contra a merma da calidade asistencial no hospital de Santiago
Instalan unha varanda de máis de 50 metros na parte dianteira da piscina do Muíño
A asociación de pacientes do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) denuncia a situación de “masificación inadmisible” que se está producindo en determinadas zonas do hospital, o que ocasiona unha merma da calidade asistencial a pesar dos esforzos e a profesionalidade dos traballadores. Este colectivo cita especialmente o caso do hospital de día e da sala onde pacientes oncolóxicos reciben tratamentos. Tal como describen, o espazo non é suficiente e o persoal vese desbordado. Algúns pacientes mesmo pasan días sen comer porque chegan pola mañá, teñen que esperar a que quede un lugar libre e temen perder a vez se saen a comer, para finalmente saír do hospital ao remate da tarde. Segundo expoñen, os responsables do complexo hospitalario e da administración sanitaria teñen xa escritos de queixa, un deles presentado pola nai dun paciente cun tumor cerebral, pero non recibiron resposta, polo menos ao peche desta edición.
A varanda evita accidentes
O colectivo de pacientes considera “inadmisible” a masificación de varias zonas
Os pacientes destacan a profesionalidade dos traballadores, pero consideran que están tan “desbordados” que, ademais de non poder ofrecer a calidade asistencial que desexan, increméntanse as posibilidades de cometer erros na aplicación de tratamentos, algo que lles preocupa especialmente na área de oncoloxía.
A asociación pide que cesen os recortes de persoal e que o criterio económico non impere sobre as necesidades dos pacientes. Tamén demandan que se aumente o espazo do Hospital de Día e que sexa dotado de instalacións adecuadas para a situación destes enfermos e os tempos de espera aos que teñen que aterse.
A piscina municipal do Muíño, no Campo da Feira de Ordes, conta xa cunha varanda de protección de máis de 50 metros de lonxitude na súa parte frontal, onde o desnivel nalgúns puntos era duns 90 centímetros. O Concello asegura que a instalou para garantir a seguridade peonil, posto que “falamos dunha zona moi transitada ao tratarse dunha das áreas de maior actividade da vila”, segundo o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, que explica que a instalación foi posible cunha subvención de 5.000 euros da Deputación da Coruña.
MIÉRCOLES 10 DE FEBRERO
BAILE DE DISFRACES 7 euros
LUNES 8 DE FEBRERO
Taller de máscaras
De 11:00 a 12:30 h. 5 euros MIÉRCOLES 10 DE FEBRERO
Pintacaras
De 11:00 a 12:30 h. 5 euros
SÁBADO 30 DE ENERO TALLER GRATUITO: “Cómo disfrutar de tu lactancia” (dirigido a embarazadas y mamás lactantes”
ESCOLA INFANTIL PEQUELÚA. CASABELLA 3 BAJO. ORDES. TELF: 629 818 345
14
Crónicas - Xaneiro 2016
Economía COMARCA A presenza de industrias fai que Cerceda triplique a riqueza xerada per cápita do conxunto de Galicia
Cerceda e Mesía lideran o produto interior bruto por habitante na comarca, por riba da media galega Os municipios de Cerceda e Mesía son os únicos que superan a media galega en canto a nivel de riqueza per cápita, segundos os últimos datos do Produto Interior Bruto (PIB) divulgados polo Instituto Galego de Estatística (IGE), correspondentes a 2012. Cerceda lidera con claridade esta ratio na comarca, con 59.147 euros por habitante, fronte aos 19.748 euros do conxunto de Galicia. O triple. Mesía está por riba da media galega, pero en termos moi similares. O seu PIB per cápita é de 20.962 euros. Por debaixo do indicador galego figuran Ordes (16.149), Frades (15.970), Oroso (15.285), Trazo (13.375) e Tordoia (11.282). O IGE calcula o PIB como resultado dos procesos de produción das empresas, fogares, administracións públicas e outros axentes económicos que operan en cada territorio producindo bens e servizos finais. En termos absolutos, Cerceda tamén destaca, con case 315 millóns de euros de PIB, seguida dos preto
de 211 de Ordes e os case 111 de Oroso. Mesía computa case 60,5 millóns de euros, mentres que Tordoia e Trazo se moven entre os 45 e os 46 e Frades non chega aos 41,5 millóns de euros de riqueza xerada. UNHA FOTO DA INDUSTRIA Os datos pódense entender en boa medida como unha foto da industria na comarca. As grandes empresas asentadas en Cerceda, sobre todo as enerxéticas, elevan o seu PIB. O tamaño de Ordes e de Oroso, con polígonos industriais consolidados, ten tamén un traslado. E Mesía, sendo un municipio pequeno, destaca por contar con moi relevantes industrias de carpintaría, cerámica e transformación láctea. O propio IGE precisa que o PIB depende de se no territorio se emprazan unidades produtivas ou non “pero o desenvolvemento da súa actividade pode non ter reflexo claro na renda dos fogares”. É dicir, que a presenza dunha grande empresa engorda o PIB dun lugar, e por exten-
PRODUTO INTERIOR BRUTO POR CONCELLO CONCELLO
PIB total
PIB PER CÁPITA
Cerceda Frades Mesía Ordes Oroso Tordoia Trazo
314.604.000 euros 41.474.000 euros 60.455.000 euros 210.757.000 euros 110.920.000 euros 45.749.000 euros 45.220.000 euros
59.147 euros 15.970 euros 20.962 euros 16.149 euros 15.285 euros 11.282 euros 13.375 euros
Galicia
54.644.000.000 euros
19.748 euros
Fonte: Instituto Galego de Estatística (IGE)
sión a ratio por habitante. Sucede tamén en Arteixo, onde se asenta Inditex, entre outras empresas, o que empuxa o dato por habitante a case 71.000 euros. Pero iso non quere dicir que tal contía sexa o diñeiro que cada cidadán ten no seu peto. Para iso está outro indicador, o da renta per cápita, que seguramente dá datos máis uniformes en toda a comarca.
O organismo estatístico autonómico tamén elabora un índice da especialización produtiva de cada comarca, comparando o peso dos seus sectores no PIB co conxunto galego. A de Ordes, como outras cinco comarcas, decántase polo sector enerxético, de novo polo peso da industria de Cerceda. A maior parte das comarcas galegas (22) teñen especialización no agro e no mar.
COMARCA Sete de cada dez unidades de produción da comarca traballan no sector de servizos
Só o 4,55 % das empresas ten máis de dez asalariados Unicamente 125 das 2.745 empresas ou unidades locais de produción radicadas na comarca ten dez empregados ou máis. En termos relativos, son arredor do 4,55 %. Cinco delas pasan dos cen empregados: unha en Cerceda, unha en Mesía, dúas en Ordes, e unha en Oroso, esta incluso por riba das 250 nóminas. Son resultados do último directorio publicado polo Instituto Galego de Estatística a finais de 2015, con datos correspondentes a 2014. A es-
tatística non inclúe nin entidades do sector primario, de moita relevancia nos municipios da zona, nin tampouco as administracións públicas. Con estes dous ámbitos de actividade á marxe, o máis preponderante é o sector dos servizos. Concentra algo máis do 68 % das empresas, en total 1.871. Na construción recóllense 548, o que equival ao 20 % do total. E en industria contan 326 compañías, de maneira que non chegan ao 12 % do total de empresas.
Por concellos, o que conta con maior número de empresas é o de Ordes, con 1.151 en total: 832 en servizos, 202 en construción e 117 en industria. Séguelle Oroso, con 553 unidades: en servizos 400, en construción 103 e en industria 50. E destaca tamén Cerceda, con 379 empresas: 237 de servizos, 75 da construción e 67 de industria. Por debaixo das 200 empresas están os demais concellos. En Tordoia, son 187: 111 en servizos, 53 en cons-
trución e 23 en industria. Ningunha delas pasa dos 50 asalariados. Tampouco en Frades, con 165: 112 de servizos, 37 de construción e 16 de industria. En Mesía, son 159 empresas: 99 de servizos, 32 de construción e 28 de industria. É neste sector onde unha se move entre os 50 e os 99 empregados e outra supera o centenar. Trazo, por último, computa 151 unidades de produción: 80 de servizos, 46 de construción e 25 en industria.
ORDES A téxtil ordense prepara novos plans de futuro para manterse como unha empresa de referencia no sector
Deus pon ao día as nóminas e reafirma a continuidade Hai futuro e sobre todo ganas de construílo. A empresa téxtil ordense Deus reafirma a súa vocación de continuidade e de crecemento despois dunha época de dificultades. Nas últimas xornadas de 2015, a compañía logrou poñerse ao día coas súas traballadoras, pagando as últimas nóminas que tiña pendentes. Un responsable da compañía explicou en declaracións a Crónicas
que desde o primeiro momento fixeron un enorme esforzo por solventar a situación, posto que se sinten comprometidos, moral e legalmente, coas súas empregadas, das que destacan a súa profesionalidade, confianza e comprensión. A empresa trata agora de definir novos horizontes, combinando a súa actividade actual co deseño e aplicación de novos plans cos que optimi-
Factoría de Deus no polígono de Ordes
zar os seus procesos de produción, seguir avanzando nas liñas de innovación e adecuación ao mercado, e lograr así posicionamentos estratéxicos aínda máis fortes nun ámbito no que sempre destacou e no que é unha das principais referencias do sector na comarca ordense, á súa vez unha das zonas de Galicia con maior peso da actividade téxtil na súa economía.
crónicas - Xaneiro 2016
15
eSPeciAl VOdAS
imos
de
voda obxecto de todas as miradas
A
irrupción do branco nos vestidos de voda produciuse na Inglaterra do século XIX. A princesa Carlota, curmá da raíña Victoria, levaba esa cor durante os seus esponsais en 1816; o traxe consérvase no Museo Victoria & Albert de Londres.
Aínda que ninguén está libre de repetir e ata de converterse nun experto ou experta polo camiño da experiencia, a maioría queremos que ese día sexa único e inesquecible. Por iso non convén deixar nada á improvisación e contar cos mellores profesionais TEXTO: Javier Carnota
Novia y Ceremonia colección 2016
P
ero foi en 1840, na voda da propia raíña co seu primo o príncipe Alberto de Sajonia-Coburgo-Gotha, cando a tradición cobrou verdadeira forza. Tamén influiría na rápida difusión da tendencia a masificación de medios impresos e a nacente fotografía, que contribuíron a que os retratos e a noticia do casorio de Victoria, que ía de branco radiante, fosen coñecidos por millóns de persoas.
Rúa Casabella, 4 Ordes, A Coruña 981 68 29 92
cita previa visita a nova web www.kyrieordes.com
crónicas - Xaneiro 2016
16
eSPeciAl VOdAS
Madriñas, damas, comensais... Mediodía, tarde, noite...
En Silvia Vieites podréis encontrar una gran variedad de modelos y sus complementos. Siempre con el a s e s o ra m i e n t o personalizado que año tras año mantenemos gracias a vuestra confianza
A
índa que o protocolo dite as normas en como vestir ás Madriñas, as tendencias de festa admiten todo un mundo de fantasía. Tanto para as que opten por ir de longo independentemente da hora da cerimonia ou as que prefiran ir de curto para as vodas de mañá.
SILVIA VIEITES Calle del Recreo, 7 Ordes 981 68 01 44 www.facebook.com/Silvia-Vieites
Ocultos, pero cun papel moi importante
A
lcanzaron o seu maior momento de gloria na boda da Cincenta. Pero a pesares que case non se ven toda a cerimonia, os zapatos son a base de toda a estrutura, e deben ser cómodos e elegantes. Aínda que logo se quiten para bailar ...
Novia y Fiesta
981 973 162 Rúa Mundito, nº 8 bajo 15680 ORDES (A Coruña) www.zapatosalfombraroja.com Zapatos Alfombra Roja
crónicas - Xaneiro 2016
17
eSPeciAl VOdAS A beleza está nO INTERIOR
Andrea
Un espacio de siempre dedicado a todas las mujeres que visten una talla de la 80 a la 130 en copas de la A a la N. De esta manera ofrecemos el estilo y la moda que necesitas para sentirte segura contigo.
lencería
DESDE SIEMPRE PENSANDO EN LA MUJER DE HOY
Contamos con las mejores firmas: NUESTRA ATENCIÓN
Rúa do mercado 10
PERSONALIZADA,
ORDES 981 680 886
ESPECIALIZADA TE
AMABLE Y DEJARÁN SER TÚ MISMA
O
segredo mellor gardado para acender a lapa das miles de vivencias que compartir desde a primeira noite
control total e deseño orixinal
A
lgunhas persoas prefiren a orixinalidade e obsesionalles levar o control. Existen tendas especializadas para escoller as telas e os tocados máis acaidos ao estilo e á personalidade de cada quen.
Telf: 981 680 123 Alfonso Senra 128 / 15680 ORDES acasadasmedias@gmail.com
Telas botones pasamanería puntillas tocados Apliques C/ Rosalía de Castro, 8 Tlf. 981 97 33 71 ORDES ( A CORUÑA)
¿ Te casas o tienes un evento especial y no sabes que ponerte? No te preocupes, aquí estamos nosotras para ayudarte encantadas. Somos especialistas en todo tipo de tejidos para confeccionar vestidos de novia, madrina, invitada, niñas de arras....
Tocados e recollidos coronan os peiteados
S
on os reis do peiteado para as ocasións de gala. O que distingue unha elegancia notable dun porte sobresainte.
Marga Lagares Telf: 981 69 76 60 C/ Paraíso, 67. Bajo 15680 - ORDES
18
Crónicas - Xaneiro 2016
Economía LEITE Galicia é a única autonomía co prezo do leite por debaixo dos 30 céntimos
A industria non traslada ao Gandeiro toda a suba do leite na distribución Unha historia de aproveitamento con tintes picarescos. O que os Gandeiros lograron ante a distribución foi en boa medida en proveito da industria. Tras semanas de bloqueos, presións e negociacións, as principais grandes superficies aceptaron subir uns dous céntimos por litro o prezo do leite ao consumidor. Aplicouse sobre todo en marcas brancas e o compromiso era que a contía se trasladase ao Gandeiro. Pero boa parte das industrias, a peza intermedia na cadea, ou ben só trasladan unha parte ou ben quedan con todo. Os feitos fixeron estoupar de novo a indignación entre os produtores, especialmente coa multinacional francesa Lactalis, que cando menos ata abril non pretende repercutir ese incremento e embólsase os beneficios. A Plataforma en Defensa do Sector Leiteiro acúsaa de practicar unha “apropiación indebida” e estes días prepara accións de protesta contra a empresa, que vende o seu leite de marca branca en Alcampo, Carrefour e Dia e tamén é responsable de marcas como Puleva ou President. Desde a Administración, a conselleira do Medio Rural, Ánxeles Vázquez, agarda que a aprobación do decreto de cesión de prezos permita saber claramente canto gaña ou perde cada parte no mercado do leite. Vázquez di ter información de canto cobran os Gandeiros e tamén datos que lle pasa a industria, pero “fáltanos saber como lle paga a distribución á industria”. En todo caso, a conselleira advirte que “non se está sendo serio por moitas partes e non se poden lanzar mensaxes que nuns meses se comproba que non son reais”. Todos estes movementos danse nun contexto de prezos que, cando menos na estatística oficial, non baixan nin soben. O litro de leite ao
(euros/litro) 0,287 Galicia 0,344 Andalucía 0,319 Aragón 0,324 Asturias 0,330 Baleares 0,452 Canarias 0,302 Cantabria Castela-A Mancha 0,322 0,316 Castela e León 0,332 Cataluña 0,325 Extremadura 0,318 Madrid 0,310 Murcia 0,324 Navarra 0,343 Euskadi 0,333 A Rioxa 0,321 Valencia
0,287 0,344 0,314 0,325 0,334 0,452 0,302 0,320 0,315 0,320 0,326 0,320 0,310 0,325 0,344 0,326 0,322
0,310
0,309
ESPAÑA
ÚLTIMOS NOVEMBROS Reunión da Consellería coa Plataforma pola Defensa do Sector, o 12 de xaneiro
Gandeiro mantívose en novembro, o último dato oficial que se coñece, nos 28,7 céntimos por litro. Exactamente como en outubro. Deste xeito, Galicia é a única autonomía onde a cotización segue a menos de 30 céntimos por litro. A media española está en 31 céntimos. Galicia, a maior produtora, fica 2,3 céntimos por debaixo. A Consellería do Medio Rural opta polo vaso medio cheo e fala de “estabilización do prezo do leite nos últimos meses, tras as caídas rexistradas antes da entrada en vigor do chamado Acordo Lácteo”. No sector a discrepancia é aberta e aumenta a desesperación, tras ver que semanas e semanas de protestas practicamente non serviron para incrementar os ingresos, e con eles as posibilidades de supervivencia, das granxas. Non obstante, as negociacións proseguen, pero daquela maneira. A mediados de xaneiro, nunha reunión entre a Consellería e a Plataforma pola Defensa do Sector Leiteiro, a conselleira insistiu en que a Xunta “non pode negociar os prezos coa in-
dustria e a distribución”, pero prometeu máis inspeccións sobre o leite foráneo. Os Gandeiros cren que os gobernos galego e central poderían facer moito máis. NON HAI MÁIS TEMPO O obxectivo é que canto antes os prezos sexan rendibles. Desde o Sindicato Labrego Galego (SLG) lembran que o prezo publicado polo Ministerior como sostible en Galicia é de 33,8 céntimos por litro, de maneira que “a día de hoxe as ganderías galegas seguen sen ser sostibles”. Isabel Vilalba, a secretaria xeral do SLG, afirma que “as nosas granxas non poden agardar e precisan con urxencia unha recuperación inmediata” no prezo de decembro, que se coñece estes días. Vilalba ve inxustificable que en Galicia entre leite líquido de fóra, en cisterna ou envasado, e que noutras partes de España se promovan incrementos da produción, á vez que aquí páganse parte das entregas a prezos de leite en po e seguen as ameazas
FORESTAL Un decreto prohibirá novas plantacións de acacia e falsa acacia
As novas plantacións de eucaliptos de máis de cinco hectáreas precisarán unha autorización A Xunta agarda aplicar en breve un novo decreto para regular as novas repoboacións realizadas con eucalipto. A norma, que xa foi trasladada ao Consello Forestal de Galicia, prohibe ademais as acacias e desenvolve o rexistro de masas consolidadas de frondosas autóctonas. En canto ás novas plantacións de
PREZOS DO LEITE
NOVEMBRO / OUTUBRO
eucalipto, quedarán determinadas a través dos plans de ordenación de recursos forestais. Mentres non estean elaborados, no ámbito de cada distrito forestal ditarase unha orde reguladora específica. En todo caso, o decreto establece que as novas plantacións que se realicen co xénero Eucalyptus superiores ás 5 hectáreas
de superficie precisarán de autorización da Administración forestal. Esa autorización non será precisa nos supostos de reforestación ou rexeneración de masas preexistentes de eucaliptos ou cando a reforestación estea incluída na planificación dun instrumento de ordenación ou xestión forestal aprobado pola admi-
2012 2013 2014 2015
MEDIA ESPAÑOLA 0,318 0,353 0,362 0,310
PRODUCIÓN
Galicia novembro 209.019 tn España novembro 542.008 tn Fonte: FEGA (05-01-2016)
con deixar de recoller. Óscar Pose, de Unións Agrarias, anticipa que o compromiso da distribución e das industrias non debe limitarse ás marcas brancas senón ao resto de produtos situados no mercado, para que a suba dos prezos teña máis garantías de chegar a todos os Gandeiros. UUAA precisa que as industrias e os produtores necesítanse mutuamente e traballando en conxunto, pero advirte de mobilizacións se hai industrias que sigan atentando contra os intereses dos Gandeiros de maneira flagrante. Neste sentido, a OPL pediu que a Administración aplique as súas normas e vixíe o seu cumprimento, mesmo denunciando ante a xustiza. nistración, de acordo coa lei de Montes de Galicia. A nova norma prohibirá ademais as novas plantacións de acacia e falsa acacia, polo seu carácter invasivo. E tamén crea o rexistro de masas frondosas autóctonas consolidadas para impulsar a súa xestión forestal, de forma que os propietarios que inscriban as súas masas terán prioridade para acceder ás axudas públicas, segundo a Consellería do Medio Rural. A Xunta di que o novo decreto “é unha demanda do propio sector forestal e gandeiro e redactouse co fin de conseguir o máximo consenso posible entre os interesados”.
crónicas - Xaneiro 2016
19
XeNte de Aquí
OROSO O catálogo, nos museos contemporáneos
Máis de mil persoas visitaron a exposición de Verea Montero, o primeiro fotógrafo de Oroso A cultura tamén move masas. A exposición sobre o fotógrafo ambulante Victorino Verea Montero superou o milleiro de visitantes desde que abriu a finais de novembro ata o seu peche o 8 de xaneiro no centro cultural de Sigüeiro. É o balance que efectúa o comisario da mostra e responsable do proxecto de recuperación e difusión da obra de Verea, Manuel Pazos, quen confirma que a iniciativa “foi un éxito, tanto o día da inauguración-homenaxe, coa presenza de máis de 150 persoas, como pola asistencia do público en xeral”. Destacaron as visitas organizadas e con guía dos centros educativos do municipio, tanto os colexios de pri-
s o t s e upu omiso s e r P mpr o sin c
maria como o instituto. Deste xeito, a figura e o labor de Verea chegaron a uns 300 escolares de primaria e secundaria. O interese polo proxecto foi tal que na primeira semana xa se esgotaran os 500 exemplares do catálogo editado para a ocasión. Paralelamente, Pazos realizou un importante labor de difusión do catálogo, posto que fixo que chegase, persoalmente ou por correo, a historiadores da fotografía, como Manuel Sendón, profesores universitarios ou asociacións. Pero non só iso, xa que tamén lles chegou a todos os museos de arte contemporánea de Galicia, para que este dispoñible nas súas bibliotecas,
s una a e stas des Les ices Fie Fel
Revisiones gratuitas
Salud Bucal
Clínica Dental • Odontología General • Extracciones molares y Estética del juicio • Ortodoncia • Colocación de implantes • Prótesis sobre implantes • Apicectomías Eduardo Pondal, 11 Bajo. ORDES
981 680 320 - 620 822 531
Público asistente á inauguración da mostra, con homenaxe a Victorino Verea
arquivos e centros de investigación. E tamén ao Museo do Pobo Galego, o Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía de Madrid, o Centro Pompidou de París, o Tate Modern de Londres ou o MOMA de Nova York. A algúns deses museos ofreceuse tamén o material por se queren acoller unha exposición, de carácter individual ou colectivo, sobre Verea Montero no futuro.
Verea Montero comezou a tirar fotografías en 1957, cunha cámara que lle trouxera seu irmán desde Hawai. Naquel entón, as fotos tiñan unha utilidade funcional, sobre todo para actos administrativos, pero tamén para recoller acontecementos sociais destacados. A exposición consistiu nunha selección das fotografías, cunha primeira etapa en branco e negro e unha segunda en cor.
SOMOS TU JUGUETERÍA ¡¡¡Que el Carnaval 2016 te acompañe!!!
Alfonso Senra, 18 15680 - ORDES
981 680 612
Crónicas - Xaneiro 2016
20
O ÁLBUM DO NADAL
COMARCA A chuvia e o vento que comezaron a aparecer nesa xornada non impediron que as cabalgatas e as festas navideñas tiv
Os Reis Magos mollaron as barbas para e A chuvia e o vento foron este ano unha espada de Damocles para os Reis Magos na súa visita á comarca. As cabalgatas e festas para recibir os tres de Oriente víronse bastante condicionadas polo mal tempo, pero de todas as maneiras a afluencia ás actividades programadas foi elevada. Unha boa mostra está en Ordes, onde a policía local estima que participaron no evento unhas 4.000 persoas. Este ano estrearon itinerario para os Magos, partindo do Campo da Feira e atravesando as principais rúas da vila ata o pavillón Castelao I,
no Paraíso. No polideportivo recibiron os cativos un a un, cunha festa con música, xogos, obradoiros... Tamén a cuberto foron as celebracións no resto da bisbarra. En Sigüeiro (Oroso), Melchor, Gaspar e Baltasar atravesaron as principais
rúas en tren e trasladáronse ao pavillón. Mesmo esquema en Cerceda, na Pontecarreira (Frades) ou na Pontepedra (Tordoia), mentres que a visita a Mesía este ano tivo como escenario por primeira vez o pavillón de Visantoña, reformado hai pouco.
Tamén os máis pequenos, sen moitas reservas, aproveitaron para pedirlles aos Reis, como estes casos no auditorio de Cerceda
Ambiente de expectación en Cerceda
En Frades, os Reis Magos foron recibidos no polideportivo da Pontecarreira, que acolleu unha festa moi animada para a ocasión
A tradicional visita dos Reis Magos a Mesía trasladou este ano por primeira vez a súa festa ao polideportivo municipal de Visantoña, que foi reformado recentemente
Melchor, Gaspar e Baltasar estiveron cos nenos e nenas de Tordoia no ximnasio do colexio Pecalama, con obradoiros, música e espectáculos de animación infantil
Crónicas - Xaneiro 2016
21
O ÁLBUM DO NADAL
vesen un amplo seguimento en todos os municipios, cos nenos e nenas como principais protagonistas das actividades
encher de ilusión cada casa da comarca
En Ordes, os Reis Magos estiveron acompañados por unha ampla comitiva. No polideportivo Castelao I, foron recibidos polo goberno local en nome de toda a veciñanza
O itinerario da cabalgata ordense, moi engalanada, variou este ano, comezando no Campo da Feira para seguir pola Canteira, Alfonso Senra, Os Lagartos e O Paraíso
Os de Oriente chegaron a Sigüeiro (Oroso) en tren, xerando moita expectación. Todos os nenos e nenas tiveron ocasión de falar con eles no polideportivo municipal
crónicas - Xaneiro 2016
22
O ÁlBuM dO NAdAl COMARCA As actividades infantís e familiares contaron con gran seguimento durante as vacacións navideñas
unha sucesión de xornadas que deixa bos momentos
Visita do paxe real á gardería municipal Sorridos, de Ordes
O paxe real, cos nenos e nenas da gardería municipal de Oroso O paxe real, cunha estudante fradense
Celebración navideña para os máis pequenos de Frades
Festa de Nadal para os máis novos no Campomaior de Ordes
As festas de Nadal na comarca deixaron un bo feixe de momentos memorables, sobre todo para os máis pequenos, que participaron en todo tipo de festas, obradoiros, xogos, saídas e visitas. Espertou especial expectación a visita dos paxes reais ás garderías e centros educativos, en espera da chegada dos Reis Magos varios días despois, e tamén concitaron unha boa afluencia as xornadas de ocio, tanto a carón da casa como en desprazamentos.
Setenta persoas de Frades, de visita a Xuvenlugo
Saída de Mesía ao salón Xuvenlugo, con máis de cen persoas, e saída de patinaxe á Coruña, con visita ao cine
Belén instalado na igrexa de Santa María de Ordes
Celebración na residencia de maiores de Ordes
As tradicións, por suposto, manteñen un papel moi activo nas festas navideñas. Entre elas, a montaxe dos nacementos. Destacou o gran Belén instalado na igrexa parroquial de Santa María de Ordes, posto que nas súas diversas escenas suma unhas cincocentas figuras recreando varias situacións, unhas con fidelidade e ou-
tras con orixinalidade, e algunhas delas incluso con movementos mecánicos. En total, ocupaba uns cincuenta metros cadrados e estaba equipado con sistemas eléctricos e hidráulicos. Ao ser probablemente un dos Beléns máis significativos da zona, foi visitado por numerosos veciños e veciñas, pero tamén por persoas que esti-
Baile e merenda de nadal para maiores en Ordes
veron de paso na vila ou que mesmo acudiron a propósito. Se alguén sabe de tradicións, son os maiores, así que tamén foron datas especiais para os usuarios da residencia ordense, nas que se foron agolpando sentimentos contrapostos. Para eles tamén se desenvolveron numerosas actividades, desde
festas con merenda e baile nun bar próximo á residencia ata a visita do alumnado do colexio de infantil e de primaria do Campomaior, que ofreceron un concerto de panxoliñas e que foron acompañados por un grupo de acordeonistas. Música, baile e entretemento nunha xornada de intercambio xeracional.
crónicas - Xaneiro 2016
23
O ÁlBuM dO NAdAl
SEGUIMOS DE REBAJAS DEL 10 AL 50 Y 60% VEN Y APROVÉCHATE
Disfraces de todo tipo. Desde bebé hasta niños de 12 años!!!. Y de tus personajes de moda: Patrulla Canina, Frozen, Spiderman...
A partir del 25 de enero, por la compra de dos disfraces, EL SEGUNDO TIENE UN 25% DE DESCUENTO!!!
Rúa da Canteira, nº2. - ORDES (A Coruña).- Telf: 981 688 646 COMARCA Actuacións da Escola de Música de Ordes, da Banda de Ordes e da Aula de Música de Oroso
calquera ocasión é oportuna para deleitar o oído
A Escola de Música de Ordes (á esquerda, arriba) e a Aula de Música de Oroso (á esquerda, abaixo), ademais da Banda de Ordes (sobre estas liñas) ofreceron exitosos concertos con motivo das festas do Nadal, con repertorios adaptados a tales datas e un público co oído moi entregado.
24
Crónicas - Xaneiro 2016
xente dE aquí OROSO
ORDES
Presentado un conto infantil de Estela Suárez e Héitor Picallo
Trinta alumnos obteñen os seus diplomas de informática
Presentación do libro da veciña de Oroso, no centro cultural de Sigüeiro
Os concelleiros Susana García e José Manuel Mira entregaron os diplomas
Estela Suárez Recouso, veciña de Oroso, presentou no centro cultural de Sigüeiro o conto infantil ‘Non quero xogar ás agachadas coa lúa’, con ilustracións de Héitor Picallo. A obra foi publicada por Edicións Fervenza e conta coa colaboración do Concello de Oroso. Suárez e Picallo participaron no acto de presentación, acompaña-
Unhas trinta persoas recibiron os seus diplomas acreditativos dos cursos de informática básica aos que asistiron nas últimas semanas do ano 2015. Organizados polo Concello, serviron para aprender as pautas máis elementais para o manexo do ordenador, a utilización do sistema operativo máis común e o fundamental para
dos polo alcalde, Manuel Mirás; o profesor e escritor Miro Vilar; e o responsable de Edicións Fervenza, Manuel Núñez. Actuou o cantautor Manoele de Felisa. Suárez, licenciada en Filoloxía Galega e estudante de Pedagoxía, acumula varios premios en certames de narrativa e relato curto. O primeiro fora en Oroso en 1999.
OROSO
O grupo teatral da ANPA Carboeiro debuta con éxito
navegar por internet e aproveitar as posibilidades da web. Os diplomas entregáronos os concelleiros de Educación, Susana García, e de Cultura, José Manuel Mira. O goberno destaca que a boa acollida das clases de informática propicia a súa continuidade para profundizar nos coñecementos e chegar a máis persoas.
FRADES
A raxería Al Alba gaña tamén o segundo concurso de tapas
‘Teatro en familia’ conformouse a partir dunha actividade extraescolar da ANPA
Solombo con salsa demiglace co que a Raxería Al Alba gañou o certame
O grupo ‘Teatro en familia’, conformado a partir dunha actividade extraescolar da ANPA Carboeiro do CEIP de Oroso, debutou con éxito cunha representación no centro cultural en Sigüeiro. A peza escollida para o primeiro encontro co público foi ‘A foto de Nadal’, orixinal de José Manuel Ballesteros Pastor e adaptada para o
O establecemento Raxería Al Alba gañou o segundo concurso ‘De tapas por Frades’, como xa fixera o ano pasado. O primeiro previo obtívoo co seu “solombo con salsa demiglace”. Tamén se repetiu o segundo premio, para o Bar Vilariño, que concorreu cun “revolto de chourizo”. O certame acadou a participa-
teatro por Patricia Méndez Alonso, directora deste grupo de teatro de Oroso. A representación fixo pasar polo escenario ata 27 persoas, escolares e tamén adultos. Interpretaron as personaxes máis características do Nadal dirixíndose xuntas ao estudo fotográfico do protagonista da obra.
ción de 294 persoas, o que equival cando menos a 1.470 tapas consumidas durante os tres días que se prolongou. O Concello sorteou premios entre os clientes. A cea para dúas persoas en Al Alba correspondeulle a Juan Carlos Lueiro, de Santiago, e o circuíto termal a Laura Blanco, da Pontecarreira.
crónicas - Xaneiro 2016
25
dePORteS CICLISMO Preséntase en Oroso o novo equipo, coa intención de participar en probas por toda España e Portugal
Anova Racing team, un club para competir e divertirse Tras varios meses de xestación, este pasado 17 de xaneiro viu a luz o club de ciclismo Anova Racing Team, que presentou formalmente en Oroso a súa equipación e integrantes. O equipo pretende abrir camiños para participar en competicións de alto nivel, pero tamén para formar novos talentos que teñan perspectivas de competir e facilitar que os afeccionados poidan saír en grupo e pasalo ben coa práctica do ciclismo por estrada e da BTT. A intención é participar en probas de toda España e Portugal, sobre todo cos integrantes máis formados e experimentados. Pero non por iso descartan sumar persoas ás que busquen un apoio para a práctica do deporte. Os membros de Anova Racing Team están federados, o que posibilita cubrir as necesidades que se presentan en saídas en grupo e en competicións. De aí que empracen aos interesados en sumarse ao proxecto a contactar coa entidade, por exemplo a través de Facebook e tamén a través da páxina web www.anovaracingteam.es, que está en elaboración e en breve estará en pleno funcionamento.
Acto de presentación formal en Oroso da equipación e de integrantes do novo equipo ciclista Anova Racing Team
Co patrocinio principal de Anova Maquinaria, empresa que lles deu ao grupo de amigos a posibilidade de constituír o club, un dos cometidos esenciais da entidade é “formar uns ciclistas concienciados co medio no que desenvolven o deporte, que é a estrada”. De aí que reivindiquen a práctica segura dunha afección que a cotío, sobre todo nas fins de semana, leva a un bo número de persoas á cir-
cular polos viais públicos. A formación é outra das claves nas que se inspirará a actividade do club. Por iso, os integrantes máis experimentados e capacitados ofrecerán para os demais plans de adestramento e probas técnicas de prevención ou exercicios de esforzo. En conclusión, unha iniciativa moi interesante para os afeccionados ao ciclismo, coa que se pode colaborar,
ademais de facéndose socios, contactando con eles para adquirir a equipación e outros produtos. Unha das primeiras oportunidades para ver en acción o Anova Racing Team vai ser o I Memorial Fernando Abad, o vindeiro 27 de febreiro en Sigüeiro (Oroso), tamén patrocinado pola firma Anova. Crónicas ofrece máis información deste evento na páxina 30.
ENTROIDO FRA DES Domingo 7 de febreiro, 17:00 h. Pavillón Municipal de Ponte Carreira PARA PARTICIPAR NO CONCURSO HAI QUE ANOTARSE NO CONCELLO ANTES DO 5 DE FEBREIRO, ÁS 14:00 H. O DÍA DO CONCURSO NON SE INSCRIBIRÁ. OS DORSAIS RECOLLERANSE A PARTIR DAS 16.30 H. PREMIOS Infantil individual (1 ou 2 membros ata 14 anos): 1º Premio: 60€ / 2º Premio: 30 € Grupo infantil (máis de 2 membros ata 14 anos): 1º Premio: 100€ / 2º Premio: 50 €
2016
OBRADOIROS DE MÁSCARAS E MAQUILLAXE
Mascotas Inchables Festa de Anim ación Obradoiros Chocolatada... e moitas sorpre sas!!!
(se algún compoñente do grupo ten máis de 14 anos, pasarán a competir como Grupo Adulto) Adultos individual (1 ou 2 membros maior de 14 anos): 1º Premio: 100€ / 2º Premio: 50 € Grupo adulto (máis de 2 membros maiores de 14 anos): 1º Premio: 300€ / 2º Premio: 150 €
Luns 8 de febreiro de 16:00 a 19:00 h. Dirixido a nenos/as de ata 14 anos. Agasallo para todos os que asistan disfrazados GRATUÍTOS previa inscrición
Organiza:
PREMIOS ESPECIAIS: ao mellor disfrace individual ou de grupo de Frades: 120 € / 60 €
TEMPO MÁXIMO ACTUACIÓN: 5 MINUTOS INSCRICIÓNS E INFORMACIÓN: CONCELLO DE FRADES - 981 695 567
Concello de Frades
26
Crónicas - Xaneiro 2016
DEPORTES XADREZ Os dous suman novos éxitos para o Club Xadrez Oroso, ao que pertencen
Sara Míguez proclámase campioa provincial e Martín Pena faise cos torneos de Betanzos e de Carral na súa categoría A xogadora Sara Míguez Pais proclamouse campioa nos provinciais de xadrez en categoría sub-16 feminina. Míguez pertence ao Club Xadrez Oroso, que desprazou aos campionatos provinciais xogadores en todas as categorías cun traballo moi satisfactorio. Se o resultado de Míguez foi o máis destacado na competición provincial, nas semanas previas viña acumulando éxitos tamén Martín Pena Varela. Aos seus trece anos, proclamouse campión na categoría sub-14 do XV Torneo de Xadrez do Concello de Carral e ademais foi terceiro na categoría adulta, na que se enfrontou a xogadores de máis idade e máis nivel xadrecístico. Pena brillou derrotando os dous competidores que lideraban o ránking inicial e só perdeu unha partida das sete disputadas, ante o campión do torneo adulto, debido aos apuros de tempo no remate da partida. E no Torneo de Nadal do Concello de Betanzos, Pena Varela gañou tamén na categoría sub-16, celebrado no edificio do antigo Liceo.
Sara Míguez recolle o trofeo que de campioa provincial de xadrez en sub-16
Pena, co seu trofeo en Betanzos
O xogador do Xadrez Oroso rematou a tan só medio punto do subcampión da categoría adulta. O tor-
Domínguez, Francisco Pedreira, Javier López, Carlos Calzado e Francisco Leal. Pena tivo cinco puntos.
OROSO
O primeiro Dépor Campus en Oroso cubriu vinte prazas A primeira edición do Dépor Campus no Concello de Oroso reuniu unha vintena de nenos de entre 6 e 14 anos de idade. Desde o 28 ata o 31 de decembro, tiveron ocasión de perfeccionar a súa técnica deportiva da man de profesionais do Deportivo da Coruña e nun ámbito onde prevaleceron valores como o
respecto, a solidariedade e o xogo limpo. O concelleiro de Deportes de Oroso, Luís Rey, entregou os diplomas de participación e agradeceu o labor dos responsables do Deportivo. O club salientou a colaboración do Concello e dos equipos do Sigüeiro e do Xuventude Oroso.
neo betanceiro recaeu en Javier Mazaira Alba, con sete puntos finais. Seguírono con cinco e medio Santiago
Crónicas - Xaneiro 2016
27
DEPORTES
cabell´s
DESCUENTO
30%
EN ALISADOS DURANTE FEBRERO
Centro de Peluquería & Estética HOMBRE MUJER
Rúa da Canteira, 21, bajo. 15680 ORDES (A Coruña) Telf: 981 681 546 / cabells.peluqueriaestetica
ORDES A xornada deportiva doa as achegas de veciños e participantes a entidades benéficas do municipio
O Día da Solidariedade obtén 200 artigos de hixiene e 270 quilos de alimentos para quen máis o necesita Deporte e solidarieade adoitan conxugar moi ben. Cando menos así foi no ‘Día da solidariedade de Ordes’, que logrou obter case 270 quilos de alimentos e tamén máis de 200 produtos de hixiene persoal e doméstica. Todo foron achegas dos veciños e veciñas que se achegaron a ver o espectáculo deportivo e a colaborar coa iniciativa, e tamén dos propios participantes na xornada. Os perceptores dos artigos obtidos serán organización e asociacións benéficas do municipio, que os destinarán a persoas e familias con recursos moi limitados. Na xornada, que se desenvolveu no campo de fútbol de Vista Alegre, tivo lugar un partido de fútbol gaélico entre as aliñacións do Torques de
Un partido infantil precedeu no campo de Vista Alegre o encontro de fútbol gaélico entre equipos de Lugo e de Vigo
Lugoslavia (Lugo) e do Ambílokwoi (Vigo). Ademais, trinta nenos e nenas da zona participaron nun encontro infantil especial.
A organización da xornada solidaria agradeceu a colaboración do Concello de Ordes, da Cruz Vermella de Ordes, as entidades deporti-
ESCUELA DE MASAJE IRIS ÓPTICA ADHERIDA A CONVENIO DEL SERGAS MEDIDA DE TENSIÓN OCULAR
vas S.D. Club Ordes e Vila de Ordes, e por suposto a todas as persoas que acudiron ata o campo de fútbol para apoiar a causa.
Verónica Dono FINANCIACIÓN A TU MEDIDA ESPECIALISTAS EN PROGRESIVOS
DESCUENTOS EN GAFAS DE MARCA DE SOL Y GRADUADO
CURSO DE MANICURA, PEDICURA Y SEMIPERMANENTE
CURSO DE UÑAS DE DISEÑO Y UÑAS DE PORCELANA SPA
Curso de nivel básico para personas que quieran ampliar sus conocimientos o introducir nuevos tratamientos en sus centros.
Curso orientado a personas con conocimientos de manicura en un nivel avanzado.
EN CERCEDA. Telf. 651 421 118
2
gafas
monofocales desde
77 €
2
gafas
progresivas desde
197 €
Rúa Recreo nº 9 ORDES - Telf: 981 685 045
Crónicas - Xaneiro 2016
28
DEPORTES FÚTBOL SALA Deporte benéfico en Mesía
Torneos solidarios en beneficio de Cáritas, de Amarai e da AECC Doble acontecemento deportivo solidario en Mesía. Ademais do habitual torneo solidario de fútbol sala ‘Mesía contra o cancro’, nesta ocasión sumouse a primeira edición do torneo infantil de fútbol sala ‘Mesía solidaria’. O primeiro a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro e o segundo para apoiar a Cáritas e a asociación de persoas con discapacidade Amarai. A oitava edición de de ‘Mesía contra o cancro’ recadou 2.945 euros, algo máis que no previo, cando foran 2.777. A competición foi organizada polo Concello, co patrocinio principal da empresa Carpintería Ramón García e a colaboración de numerosos particulares, asociacións, empresas e establecementos comerciais do municipio e da contorna. A recadación nútrese destas colaboracións, das cotas de inscrición dos equipos, das achegas voluntarias da veciñanza e das entradas que paga-
ron todas as persoas que acudiron a ver a competición, con dereito a participar no sorteo de lotes navideños, tamén procedentes de doazóns. No aspecto deportivo, cabe sinalar que competiron trece equipos. Na categoría masculina gañou o Poulo B, que se impuxo ao conxunto do Grupo Ramón García. E na feminina, a victoria foi para o Abellá, deixando como subcampioas a Artabras de Fene. En canto ao torneo infantil, sumou 50 participantes en seis equipos, e máis de 200 espectadores. No apartado solidario, logrou reunir case 200 quilos de alimentos para Cáritas e 205 euros a favor da asociación Amarai. Houbo dúas categorías. Na infantil, o Dream Team gañoulle ao Mesía on fire na final. E na categoría dos máis pequenos, a victoria foi para o equipo de Visantoña. O Concello de Mesía agradeceu a solidariedade de deportistas, veciñanza e colaboradores.
Integrantes do Poulo B, gañadores do torneo solidario de fútbol sala de Mesía
A presidenta da AECC en Ordes recibe o cheque da recadación de mans do alcalde
O equipo Abellá, gañadoras do VIII Mesía contra o cancro
Equipo da empresa Ramón García, principal patrocinadora do torneo, subcampión
Entrega a Cáritas e a Amarai dos alimentos e o diñeiro obtido no torneo infantil
Crónicas - Xaneiro 2016
29
DEPORTES PATINAE ARTÍSTICA Doce clubes de toda Galicia
O Campionato de Ordes reúne 150 patinadores A primeira edición do Campionato Concello de Ordes de patinaxe artística reuniu no polideportivo Castelao I uns 150 patinadores e patinadoras en competición, pertencentes a unha ducia de clubes de toda Galicia. Da comarca, acudiron o Galia de Ordes e o CP Oroso. Ademais das probas de niveis, o campionato acolleu as probas das categorías galega e española. Na categoría benxamín, primeiro posto para Sara González, do CP Oroso, seguida de Martina Bretaña (CP Omega). En alevín, impúxose Miriam Pose (AD Liceo), con Antía Viz-
caya (CP Sarela) segunda e Lara Reboredo (CP Galia Ordes) terceira. En infantil masculino, venceu Víctor Martinez (CP Patiart Coristanco) e Alejandro Redondo (AD Liceo) foi o segundo clasificado. En infantil femenino, a primeira praza foi para Lucía Fernandez (AD Liceo), a segunda para Andrea Castañeda (CP Fervello) e a terceira para Diana Iglesias (CP Galia Ordes). En cadetes, gañou Lucía Cortés (AD Liceo) e Iciar Vázquez (CP Sarela) foi segunda. E na categoría absoluta, primeiro posto para Irene Guillermes (CP Sarela), segundo para Pilar Añón
Integrantes do Club Galia de Ordes, na competición no pavillón Castelao I
(CP Axel Arteixo), e terceiro para Antía Diaz (CP Raiola). O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, encargouse da
entrega dos trofeos. Ademais, todas e todos os participantes recibiron un diploma acreditativo desta primeira edición do Campionato.
PATINAE ARTÍSTICA Participación do Club Galia de Ordes no II Trofeo Vila de Sarria (Lugo)
Fernández, subcampioa
Integrantes do Club Galia, na pista de xeo instalada nun centro comercial da Coruña
Patinadoras de Galica en Sarria
Nerea Fernández, co seu trofeo
Nerea Fernández, patinadora de seis anos de idade do Club Galia, de Ordes, proclamouse subcampioa no nivel 1 da categoría benxamín do III
Trofeo Vila de Sarria de patinaxe artística. O seu foi o resultado máis destacado, pero ademais de Nerea, a en-
G
tidade deportiva ordense participou na proba con Aroa Fernández, Xiana Gende, Candela Gende, e Arantxa Sabel, no que supón un paso máis para o seu afianzamento como competidoras nesta modalidade deportiva. A competición celebrouse a finais de decembro. O club aproveitou a xornada non só para trasladarse ata a localidade lucense, cunha competición que se disputou en horario vespertino, senón tamén para acudir pola mañá á pista de xeo instalada
nun centro comercial da cidade da Coruña. Foi así unha xornada redonda, dedicada pola mañá ao encontro e diversión dos integrantes do club, sesenta en total desprazados ata A Coruña, tanto patinadores e patinadoras como os seus familiares. Uns e outros lanzáronse á pista, os menos experimentados para probar e ir perdendo inseguridade e os máis hábiles dispostos a exhibir todas as súas destrezas, tamén sobre o xeo.
Marcos Guerra Mengual Bernardo Guerra González
A CORUÑA c/ Asturias, 9 Lunes o Viernes - 11:00 a 13:30
ABOGADO - GRADUADO SOCIAL
CARBALLO c/ Fomento, 16 Entrs. Jueves - 11:00 a 13:30
G
ASESORÍA JURÍDICA
PREFERENTES
PENSIONES
SEPARACIONES
SEGURIDAD SOCIAL
CIVIL / HERENCIAS
Telf. 981 150 128
ORDES Rúa Compostela, 16 bajo Miércoles - 11:00 a 13:30
Fax 981 246 789
30
crónicas - Xaneiro 2016
dePORteS FÚTBOL SALA
FÚTBOL Suman tres meses sen perder e aspiran a ascender á división de honra
Tordoia e Trazo prevén iniciar a súa liga local a partir do 15 de febreiro
excelente labor dos veteranos do Abellá
A Liga de Fútbol Sala dos municipios de Tordoia e Trazo comezará o 15 de febreiro, sempre que se cumpra o calendario establecido inicialmente pola organización. As inscricións para participar nesta competición estiveron abertas ata este 22 de xaneiro. Ademais das normas propias desta especialidade deportiva, impuxéronse as obrigas de que todos os xogadores sexan maiores de idade e de que cada equipo conte cun seguro de accidentes deportivos.
ESQUÍ
Prazas na campaña da Deputación da Coruña Os Concellos da zona ofertaron as prazas que lles corresponden nas distintas quendas da campaña de esquí da Deputación da Coruña, que este ano ten como destino a estación invernal de Leitariegos (León). O programa ofrece seis días de neve por 95 euros.
A división de veteranos do S.E. Abellá SDC está protagonizando unha moi boa serie de victorias nesta tempada, que lles permite pensar con moito fundamento no ascendo á categoría da división de honra. Tras un inicio irregular da presente competición, o equipo logrou endereitar o rumbo e acumula ao peche desta edición nove victorias consecutivas. Un total de tres meses sen perder un encontro, algo que desde a propia entidade recoñecen como “moi difícil en calquera deporte”. Este é o sexto ano de competición do equipo, que na súa traxectoria logrou o ascenso de tres categorías. O conxunto, bastante consolidado, nútrese de xogadores que xa quedaron sen espazo no equipo principal pero que xornada tras xornada demostran que aínda están lonxe de seren descatalogados e poden ofrecer aínda moito xogo. E para eles ante todo serve para manter tan viva como sempre a súa afección polo deporte e o motivo de entretemento e diversión que sempre supón pertencer a un club de fútbol.
KÁRATE
CICLISMO
Emma Núñez, bronce no torneo luso de kárate de Vila das Aves
O I Memorial Fernando Abad celébrase o 27 de febreiro
Emma Núñez (segunda pola dereita) tivo un bo resultado en Vila das Aves
A cercedense Emma Núñez logrou a medalla de bronce no torneo internacional de kárate de Vila das Aves (Portugal), competición que congregou un milleiro de deportistas de Portugal, Marrocos e España. A karateca do Kárate do Carballo competiu en kata cadete feminino (14-15 anos), categoría con 28 rivais. Na primera ronda que-
dou exenta, na segunda obtivo un resultado de 5 a 0 ante unha karateca portuguesa, e na siguiente un 4 a 1 fronte a unha manchega. No pase a semifinais, Núñez perdeu cunha portuguesa por 4 a 1. E na repesca entrou impoñéndose a outra deportista portuguesa por 5 a 0, acadando así o bronce nun torneo que cada ano medra en nivel.
O Club Ciclista Tambre Bike anunciou a celebración do I Memorial Fernando Abad para o sábado 27 de febreiro en Oroso. A proba está federada, polo que forma parte do calendario oficial da Federación Galega de Ciclismo. Poderán participar varóns nas categorías master 30, 40, 50/60, que estean federados para a práctica deste deporte. O percorrido da competición, organizada polo club e polo Concello de Oroso, suma 64 quilómetros de lonxitude. Consiste en doce voltas a un circuíto de máis de cinco quilómetros sobre asfalto, practicamente sen saír do ámbito urbano de influencia da capital municipal. A saída e meta terá lugar na Rúa da Cultura de Sigüeiro. A organización anticipou, para as persoas interesadas en participar, que as inscricións deberán facerse o propio día da proba arredor das 15 horas, a máis tardar, na zona de saída e chegada. A hora
aproximada prevista para o inicio é ás 16 horas. A inscrición ten un custo de dez euros por cada participante. Ademais dos dorsais, a organización entregará unha bolsa con refrixerio sólido e líquido. En canto aos premios, está prevista a entrega de trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría. A carreira leva o nome de Fernando Abad, presidente do club falecido o pasado mes de outubro aos 31 anos nun accidente en Santiago por mor dun problema de saúde. A intención de Tambre Bike, entidade creada hai dous anos polo propio Abad e un grupo de bos afeccionados ao deporte, é manter a proba todos os anos como mostra de recordo e homenaxe ao seu compañeiro. “Coa súa forma de entender o deporte e, sobre todo, coa súa calidade humana, é e será sempre un referente para nós”, manifestan desde o club.
crónicas - Xaneiro 2016
31
OPiNiÓN Os paxariños da Alameda Hai despachos... Perdón! Hai niños que cada vez están menos ventilados. Non entra o aire por medo a influencias externas. E así o ambiente está cada vez máis cargado, enrarecido e irrespirable. Pero o paxaro que o habita cre que así lle vai mellor e mesmo se compara cos demais gaivotos, todos veteranos como el, para alardear de que a súa plumaxe aguanta mellor. Pero á hora da verdade, treme de medo e quedará sen osíxeno para voar. No seu niño manda el. Ese é o principio rector, o mesmo que levou ao traste a moitos outros pero que a el vai rendéndolle. A dinámica é exactamente a do Kim Jong-un, versión mol e trapalleira. Así é que todo paxaro que ousou discrepar no seu momento foi oportunamente arroxado do niño, e os gaivotiños que quedan procuran nin mover as ás e exhiben unha lealdade tan irreflexiva que os deixa totalmente anulados. Xusto o buscado.
Sección de chíos, murmuracións e faladorías pilladas polo aire, unhas máis certas que outras
Nada que ver coa nova fornada de gaivotos, ben predispostos pero con moitos ardores de estómago por mor de dixestións pasadas, e pesadas. A un non lle quedou máis saída que tirarse ao río (si, ao río) para atallar o que podía chegar a ser un grave ataque de acidez. Saír sae moi caro, e aínda por riba chama a atención. Pero pode que fose o unico remedio asumible. Vergoña para un só día e remedio para sempre.
Non se sabe como procederá o gaivoto. Hai quen di que el xa fixo limpeza a fondo e non hai problema. Pero tamén se sospeita que en realidade o que fixo é poñer o material a bo recado, por se dentro duns meses necesita airealo el mesmo. A idea é ver se don Gerardo lle fai o traballo sucio e fala todo o que sabe, comprometendo moita da colleita do hórreo e botando a perder a semente.
E a outro mellor lle sería ir mercando cadeados ou facer garda diante do niño (día e noite) porque volve haber quen lle interesa remexerlle os caixóns, un a un, á procura dos A-Znets. Si, o tema volve cheirar e o ambientador xa non tapa. O caso é que os remexedores son os máis interesados en ocultar o que houbo e por iso non se descarta unha entrada violenta sobre o niño para facer desaparecer a documentación que quede. Vailles nos xenes, que se lle vai facer.
Tamén pode ser que don Gerardo non fale pero que a cega indague, que xa se sabe que está a todo. Os resultados serían aínda máis pavorosos. E entón nin cadeados nin AZ nin portas nin ventás. Todos a voar. Os ornitólogos estudan o eventual sono dunha ave, que para uns é evidente e para outros unha fabulosa apariencia irreal. En principio, quedou descartado. Pero xa postos a es-
tudar o caso, tan meticulosos como son, puxéronse a analizar a súa plumaxe. Viron que leva varias capas e que ás veces varía de cor, segundo as circunstancias, sen parada intermedia. É dicir, que o paxaro é máis esperto do que parece. A ave do couto da ribeira segue tanteando todas as opcións. Con total discreción, cousa que non se agardaba dela. Quizais para gañar en eficacia e non sementar nervios aínda. Tempo haberá. Sopesa se lle convén máis un movemento propio ou se quedaría mellor mover as súas influencias e facer que as novas rosas agromen no momento e no lugar axeitado, ben perfumadas e libres de espiñas. Os observadores están intrigados con ela. Algún, algo entregado á causa, mesmo se ve esperanzado. As torpezas preocúpanlle, por suposto, pero o que máis o desquicia é a absoluta incapacidade de evitalas. É o que pasa cando o un ego mal asesorado está tan por riba da escasa capacidade intelectual.
O TAQUÍGRAFO DISLÉXICO
A industria que (case) non temos Poden ser liñas perdidas as que dedique a lembrar a importancia de contar cun sector industrial potente, innovador e diversificado nunha economía que pretenda presumir de moderna e facer avanzar a sociedade. Mais agardo que non sexan liñas perdidas as dedicadas a reflexionar como lle vai e como lle podería ir á nosa comarca en canto á actividade industrial. O certo é que temos avanzado moito neste eido, pero a pregunta consecuente e inmediata, para non caer no conformismo estéril, é se se fixo todo o posible e se se aproveitaron ben o potencial da zona e todas as ocasións. A resposta máis realista é que non. Que non porque somos practicamente un deserto industrial. Cos seus oasis, como ben queda acreditado nas páxinas de economía deste periódico, pero deserto en definitiva posto que só o 12 % das empresas da comarca de Ordes se adscriben á industria. Os dous oasis son claramente os
municipios de Cerceda e Oroso. Os seus polígonos e parques empresariais, sen ser se cadra nin a sombra do que ansiaban ser, experimentaron un aceptable desenvolvemento ata hai uns anos e son unha fonte de xeración de emprego e riqueza imprescindible para toda a contorna. Cerceda aproveitou inxentes recursos da reconversión mineira para artellar un polo de atracción de novas compañías e actividades, ás veces (todo hai que dicilo) acollendo o que outros nunca aceptarían. O resultado quedou desdebuxado nos últimos anos pola crise, pero o camiño pode ser viable cos axustes precisos e con políticas máis innovadoras. Oroso soubo facer valer a súa situación estratéxica, algo que Cerceda non tiña e que practicamente tivo que construír da nada con infraestruturas novas que lle acurtaron os tempos para conectarse co mundo. Pero aínda así tamén o avance de Oroso foi paseniño, irregular, con traspés. Tendo en conta as expectativas creadas, mesmo se podería falar de
fiasco. Sendo realistas, hai que falar dun éxito relativo, truncado pola crise e polo retraso da mellora da comunicación a través da AP-9, que cabe pensar que nos vindeiros meses quedará resolto. Deixando a un lado os oasis, o máis grave é o que sucede en Ordes. Vítima de lustros e lustros cunha escasa ou nula planificación política, as súas extraordinarias capacidades para crear industria ficaron totalmente desperdiciadas. O solo industrial foi mal emprazado e pouco máis serviu que para trasladar ata Merelle empresas que na vila xa esgotaran as súas posibilidades de medrar. Son fabas contadas as iniciativas novas que se puideron asentar e desenvolver no polígono ordense. No seu momento faltou altura de miras ou triunfou a habitual mestura de intereses persoais e partidistas que tanto condicionou (e condiciona?) a política local. O caso é que o polígono actual trouxo poucas solucións e creou un problema maior, o de impedir na práctica o grande espazo
industrial en Pardiñas. Porque como se xustifica un xigante así cando aínda o anano actual está a medias? A clase política ordense ten nesta cuestión unha oportunidade histórica para desquitarse na mala reputación acumulada en tanto tempo. E nos municipios pequenos, parecen definirse sen moito criterio algúns espazos industriais. Semella que atenden máis a necesidades puntuais e circunstanciais particulares que a unha planificación técnica ben fundamentada. E ese é un erro que pode saír moi caro porque, como no caso de Ordes, o que precisan non son simples parches senón rodas novas. Outro erro sen perdón, seguramente o maior de todos, é que a día de hoxe non haxa ningunha administración, de calquera ámbito, poñendo as condicións necesarias para crear e atraer proxectos industriais directamente vinculados con sectores produtivos nos que a comarca destaca: leite, carne, forestal, téxtil... A risco de perder outra liña: xogámonos o presente e o futuro, a supervivencia.
Crónicas
Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.
Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L. Peche de edición: 22-01-2016. Depósito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com
ENTREVISTA Rafa Regos, alumno do IES Maruxa Mallo e campión provincial de cetrería
“Todo bo cetreiro tivo algún percance cun paxaro” Aos seus doce anos, Rafa Regos é un experto cetreiro. Este ordense, alumno do IES Maruxa Mallo, leva catro anos dedicando boa parte do seu tempo libre a esta actividade e xa logrou ser campión provincial na súa especialidade. Nesta entrevista explica algunha das claves da súa afección, tan interesante como pouco estendida. - Como empezaches na cetrería? educalo de maneira que estea coas Era algo habitual xa na casa? persoas manso e tranquilo, pero sen - Non, non o era. O que pasa é perder as súas características salque a meu pai de pequeno tamén lle vaxes. Ten que manter o seu instinto gustaba pero non puido telo. Entón de cazador. cando empezamos el mercou unha - Establécese entón unha relaave e eu fun informándome porque ción de fidelidade como pode sume gusta e así foi como cheguei a isto. ceder con outro tipo de mascotas, - Para quen non sabemos nada como un can, salvando todas as dide cetrería... é unha maneira de ca- ferencias? zar sen armas? - Home, non é un can (ri). O com- A ver... a cetrería non é o que ve- portamento lógrase sobre todo co tromos nas exhibicións ou en circos. É quelado. É un proceso para facer que ante todo un método de caza, e como pensen que nós somos os irmáns ou ben dis sen armas. os pais, que somos da mesma espe- Pero require cie, e entón sembastante traba- “Estou intentando estudar pre están máis llo previo e algún mansos, sempre o máximo posible para tempo, non? teñen máis ganas dedicarme á cetrería” - Si, necesitas de todo. ler moitos libros, Educalos hai que ter algo de tempo libre, tes obriga a ter moita paciencia, non? que ir aprendendo doutra xente que - Si. Agora xa non tanto porque xa se dedica a isto ou é máis experta. xa se troquela máis, pero antano, na Nós facémolo como unha afección. Idade Media, tiñan que pasar noites Regos ten un lagarteiro americano, un falcón lanario e unha aguia de Harris - Cantas aves tes? en vela educando os paxaros. - Teño tres aves. A máis pequena - É frecuente que se perdan e que alí que nos comunicou que o vira. - No Festival Bardista do IES refoi a que levei ao festival do instituto, non saiban volver? - Con que os alimentas? Devoran cibiches o primeiro premio por esta que é un lagarteiro americano, máis - Si, calquera cetreiro que sexa bo moito? actividade. Ofreciches unha exhibicoñecido como yankee. Despois teño cetreiro tivo sempre un percance con - O máis recomendable é darlles cón no auditorio da Casa da Cultura. outro falcón, un falcón lanario que algún paxaro. Eu de feito un que ti- paspallás ou polos, xa que son aves Inflúe moito que se faga nun recinto non é propio de aquí. E unha aguia de ven perdeuseme e foi ata Padrón. E que dixiren moi ben. Tamén se lles pechado? Harris, que é americana. hai pouco perdemos o pequeno. É pode dar faisáns, pombas, coellos ou - Algo sempre inflúe, pero sendo - Supoño que por natureza son probable atopalos, pero cando están lebres. un paxaro moi troquelado era case agresivos. A tarefa de educalos con- voando utilízase un aparello de te- En que consisten as probas? como levar un can. Ata o ano pasado, siste en suavizar ese comporta- lemetría, unha especie de GPS para - Fanse unha serie de escapes exhibía o paxaro na carpa dos Reis mento? paxaros que vai por ondas de son... cunha caixa lanzadora. Colocados a Magos de Ordes. - Non é iso exactamente. O que se - Así foi como o localizaches en unha certa distancia, lanzan as pre- E disto podes facer unha profeintenta é que o paxaro coñeza a per- Padrón? sas. Entón, tes que soltar o paxaro e sión? soa e que non ataque nin cometa nin- Non, nós aínda estamos inten- ten que collelas. Puntúan o vento, se - Si, estou intentando estudar o gún tipo de agresión contra ela nin tando conseguir o aparello. O de Pa- fai a captura no aire, o voo da presa... máximo posible para dedicarme a contra outras persoas. Trátase de drón apareceu grazas a un cetreiro de todo. iso.