Cronicas comarcadeordes n26 febreiro2016

Page 1

Crónicas

SANTA CRUZ DE MONTAOS ORDES - ESTRADA N-550

981 682 316 627 161 388

Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 26 - Febreiro de 2016

As empresas da zona, entre a innovación e o conflicto laboral Diversas empresas da comarca son noticia nas últimas semanas por razóns ben diferentes. Pódese falar

dunha bipolaridade: mentres firmas como Steel Core ou Strong Bull destacan pola innovación tecnolóxica e a con-

quista de mercados externos, noutras agroman e enquístanse conflictos. É o caso de Confecciones Deus, cunha

ampla inspección laboral, ou dos transportistas de Pellejero, que loitan por seguir traballando. Páxs. 11, 14 e 16

tRAZO

dafonte acórdase da deputación cando xa non está Páx. 4

entReViStA

cristina carro, de Mesía, campioa en manexo de reses Páxs. 18-19

OROSO

Os chalés do Alto de Vilanova poderían ser demolidos Páx. 3

O entroido é infinito Repaso en imaxes das festas de disfraces da comarca

ORdeS

Páx. 24

O ieS Maruxa Mallo landará unha sonda estratosférica Páx. 17

ceRcedA

Contra o banco e a empresa para recuperar o doble pago

Páx. 10

OROSO

Os orzamentos acadan os 6,3 millóns de euros, o 21 % máis

Páx. 2

dePORteS

tres pratas locais no trofeo ordense de tiro con arco Páx. 21


2

Crónicas - Febreiro 2016

Actualidade ORDES A data límite é o 19 de marzo, cando entrará en vigor a nova Lei do Solo

As conversas para aprobar o PXOM avanzan pero aínda non hai acordo

FRADES

Aprobación provisional unánime para empezar a desbloquear licenzas

Os grupos políticos ordenses continúan enfrascados nas conversas e negociacións sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Despois de media ducia de reunións co equipo técnico, en liñas xerais avanzan, pero de momento non hai acordo. O que si hai é xa un prazo concreto: o 19 de marzo, data en que entrará en vigor a nova Lei do Solo. Se antes de San Xosé o pleno non aproba inicialmente o plan, habería que comezar de novo. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, explica que as reunións de traballo, nas que están analizando a cartografía, xa serviron para observar e subsanar diversos erros “tras votación xeral, un trámite realizado en solos urbanos non consolidados, urbanizables e núcleos rurais”. A xuízo de calquera observador externo, a principal hipótese é que o executivo intente obter o apoio do BNG, co que sumaría a maioría necesaria para a aprobación. Os votos a favor de UxO non semellan tan accesibles e o da única concelleira do PSOE carece de peso aritmético.

Non en van, o rexedor manifestou que “hai que agradecer especialmente a proposta presentada polo BNG por escrito” e precisou que o equipo redactor está analizando as demandas dos nacionalistas “para encaixalas debidamente no plan”. Non obstante, Martínez Sanjurjo solicitoulles “altura de miras a todos

ORDES

OROSO O goberno destaca os investimentos e o PP pediu amortizar máis débeda

Instan a Sanidade a elaborar un estudo sobre a taxa de suicidios no municipio

O orzamento municipal de 2016 suma 6,3 millóns de euros, un 21 % máis

O Concello de Ordes insta á Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta a elaborar un estudo sobre a incidencia dos suicidios no municipio, co propósito de coñecer as causas e tomar medidas que sirvan para atallar o problema. A solicitude do estudo foi aprobada no pleno por unanimidade, a raíz dunha proposta do PSOE na que se advirte de que Ordes é o cuarto municipio de toda España co maior índice de suicidios, con 2,28 casos por cada 10.000 habitantes, segundo datos que os socialistas recollen nun xornal dixital sensacionalista. “Consideramos que é preciso facer unha investigación para tratar de poñer as medidas preventivas que permitan atallar este problema”, defendeu a única concelleira do PSOE en Ordes, Verónica Gómez. Os socialistas lembran que a situación non é nova e que xa a comezos dos anos noventa se elaboraron algúns traballos sobre a cuestión.

O PXOM definirá o urbanismo ordense

os grupos” para sacar adiante un documento estratéxico para as dúas vindeiras décadas. O alcalde cre que os veciños teñen que contar coa posibilidade de valorar o PXOM durante os dous meses de exposición pública e alegacións. E advirte de que non aprobalo implicaría perder tempo e o custo de iniciar o plan por terceira vez, estimado en 262.000 euros. O BNG expuxo as súas condicións nun documento que consta de dezaseis puntos. O seu voceiro, Pablo Vidal, advertiu de que “non nos vai tremer o pulso cando chegue o momento da votación, depende do alcalde que Ordes teña ou non PXOM”. Completar o catálogo arquitectónico, que carece da metade de elementos, adaptar á realidade as fichas modelo dos núcleos na avaliación ambiental, recoller o trazado do oleoducto A Coruña-Vigo e de diversas liñas eléctricas, corrixir memorias, reservar solo para ampliar a depuradora de residuais ou darlle unha alternativa á Rúa da Coruña por Alfredo Brañas son algunhas das peticións do BNG.

As contas recibiron o si de PSOE e BNG, a abstención do PP e o non de Anova

Os orzamentos do Concello de Oroso para 2016 suman uns 6.323.000 euros, o que supón un incremento dun 21 % con respecto ao pasado exercicio. As contas aprobáronse cos votos a favor do PSOE, no goberno, e do BNG, a abstención do PP e o voto en contra de Anova. O alcalde, Manuel Mirás, destacou que os investimentos reais elévanse a 2,34 millóns de euros, case o doble do que orzamentaran en 2015, polo que usou o calificativo de “macroinvestidores”. Os gastos en bens

correntes son de 3,86 millóns de euros (o 61 % do total) e os de persoal de 1,27 millóns de euros (19 de cada 100 euros). As principais obras do orzamento, con 48.000 euros máis de ingreso que de gasto, son de infraestruturas de urbanización, deportivas, de seguridade viaria ou de saneamento e abastecemento. O PP concordou en liñas xerais coas obras, se ben o seu portavoz, Alexánder Doval, solicitou “afondar na amortización de créditos penden-

A aprobación provisional do PXOM de Frades recibiu os votos a favor de todo o pleno (PP e BNG). Pendentes agora de se a Xunta dea a aprobación definitiva, o alcalde, Roberto Rey, asegura que en canto entre en vigor o plan poderán conceder licenzas para novas vivendas “pois estabamos nunha situación de bloqueo desde o inicio da tramitación”. A aprobación provisional do PXOM, que acumula máis de seis anos de elaboración, permite esquivar a nova Lei do Solo. Frades carecía dun planeamento xeral e o seu urbanismo rexiuse por normas subsidiarias. O PXOM posibilita ata 163 vivendas na Ponte Carreira e 293 en solo rural, e solos para darlles cobertura a empresas de produtos agrogandeiros en Abellá e naves industriais na marxe da N-634 entre Céltigos, Ledoira e Vitre.

tes”. O rexedor descartouno porque cre que impediría dar servizos, aínda que expuxo que o Concello, que considera financeiramente moi sostible, baixará a débeda do 24 ao 21 %. O BNG condicionou o seu apoio a que o alcalde asumira o compromiso de construír unha pasarela entre o CEIP Sigüeiro e o pavillón e o peche da pista cubierta do CEIP de Oroso para convertelo nun pavillón. Os nacionalistas recoñecen que son obras que non lle corresponden ao Concello, pero que son urxentes. O alcalde agarda un cambio no goberno da Xunta para facer posibles as dúas obras, ben con investimento autonómico ou ben municipal co autorización da Consellería. O Bloque anuncia que estará vixiante para que se acometan neste mandato e que non admitirá “ningunha desculpa”. Tamén solicitou completar as beirarrúas nas rúas do Deporte e da Cultura e publicar na web todos os gastos municipais superiores a 1.200 euros. Para isto último, botou en falta unha resposta.


Crónicas - Febreiro 2016

3

Actualidade OROSO O Concello encargou un informe ao arquitecto tras unha notificación xudicial

TORDOIA

Piden executar a sentenza dos chalés de Vilanova, que poderían ser demolidos

O Concello expón na Xunta as principais necesidades sociais da poboación do municipio

A petición dunha veciña, e propietaria, de que se execute a sentenza que pende sobre os chalés situados no Alto de Vilanova, a carón da saída da AP-9 en Sigüeiro (Oroso), motivou nas últimas semanas novos trámites xudiciais e administrativos. O Concello recibiu unha notificación do Xulgado do Contencioso Administrativo número 4 da Coruña, datada no 9 de novembro de 2015, para que a administración local dese conta de que medidas tiña tomado ou pensaba tomar para cumprir a sentenza. O fallo xudicial, orixinado tras unha denuncia presentada pola cidadá en 2009, fixo que se anulasen as licenzas concedidas aos chalés. E o escrito xudicial dirixido en novembro ao Concello advirte de que “toda anulación de licenza conleva a obriga de reposición á legalidade”. Tamén lembra un precepto legal polo que o xuíz pode esixir, como condición previa á demolición, garantías para responder do pago das indemnizacións. Na súa resposta, o Concello asegu-

“Oio pitidos e ruidos no oído que os outros non escoitan”. Esta frase repetida por algunhas persoas correspóndese cos pitidos ou zumbidos coñecidos como acúfenos ou tinnitus. Son a percepción dun sonido que non existe no exterior, polo que soamente os oe quen os padece. Quen os sofre ten a sensación de oir ruidos, pitidos ou zumbidos dentro da súa cabeza, chegando a sentilos como se fosen máis fortes canto máis pensamos neles ou canto máis silencio haxa ao redor noso, como por exemplo cando nos deitamos pola noite. Esto pode chegar a aumentar o noso grado de nerviosismo impedindo incluso que poidamos durmir ou descansar influindo polo tanto no noso estado emocional e físico. De momento non se coñece a causa exacta do que pode provocar os acúfenos, aínda que sí se coñecen unha serie de situación que poden conlevar a súa aparición como poden ser situacións de estrés e ansiedade, exposicións prolongadas a situacións de ruído, trauma acústico, problemas circulatorios, etc. O médico especialista otorrinolaringólogo (médico orl) será a persoa que deba diagnosticalos aínda que, ao non se coñecer a causa exacta, non existen tratamentos específicos para eles aínda que sí dependerá dun equipo médico multidisciplinar.

O grupo de chalés, preto de Sigüeiro

rou que o último que lle constaba era unha providencia dunha maxistrada, en novembro de 2013, na que se tería arquivado o procedemento. Sen embargo, o goberno municipal constata agora que si debe continuar coa execución da sentenza. En canto aos pasos dados, o alcalde indícalle á xustiza que lle solicitou un

informe ao arquitecto municipal para determinar “as medidas e accións que proceden para levar a puro e debido efecto a execución do fallo, co fin de poder determinar as obras que son necesarias para a execución e proceder no seu caso a poder redactar o correspondente proxecto técnico de demolición”. Na petición ao arquitecto, o alcalde emprázao a que “no caso de existir diversas posibilidades se sinale a que resultaría menos gravosa para os posibles afectados e que permita en todo caso dar debido cumprimento ao fallo ditado no seu día”. Dito doutro xeito, e en espera do informe do técnico municipal, o Concello non descarta xa a demolición dos chalés, pero á vez, pese aos termos da sentenza, deixa aberta a porta a outras posibles solucións que permitan manter en pé as edificacións. Cómpre ter en conta que a clasificación urbanística actual dos terreos nos que se alzaron as vivendas é diferente á que tiñan cando se construíron e cando se presentou a denuncia.

Este pitido de oído non me deixa tranquilo Daquela, ¿NON TEÑO SOLUCIÓN PARA ESTES PITIDOS? A RESPOSTA É: SI!! ¿Cómo paliar este problema? Aínda que non hai un tratamento específico que cure os acúfenos, sí existen terapias eficaces que pode ofrecer un centro auditivo especializado como é o centro auditivo OE+. Estas terapias consisten en aliviar os síntomas e conseguir que os acúfenos causen o menor malestar posible alonxando así a atención sobre deles. Esto pode realizarse de diversas formas, as cales dependerán do caso con-

creto de cada persoa e en función da súa casuística personal que variará segundo unha serie de características como o tipo e grado de acúfeno, se se acompaña ou non de perda auditiva, o grado de malestar que xenera ou a súa combinación con outros problemas como por exemplo a hiperacusia. En función de todas estas variacións, os profesionais especializados do centro auditivo OE+ poderanlle ofrecer a terapia sonora que mellor se axuste ás condicións individuais de cada persoa. A modo de exemplo, pero sempre tendo en conta que dependerá das características individuais da persoa que

Reunión en Política Social

O alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro, e a concelleira de Servizos Sociais, Inés Santos, reuníronse co conselleiro de Política Social, José Manuel Rey, para expoñerlle as principais necesidades do municipio en materia social. O encontro forma parte dunha serie que o conselleiro está sostendo con alcaldes de toda Galicia, para estudar a colaboración entre institucións. Non trascendeu ningún compromiso concreto de momento. Repasaron o funcionamento do servizo de axuda no fogar, que presta apoio a dezaseis veciños e veciñas en Tordoia.

sofre estes pitidos, existen diversas terapias sonoras tales como as que levan consigo o uso dalgún dispositivo como o audífono ou ben o audífono que pode integrar un xerador de ruído adaptado individualmente se a persoa ten tamén unha perda auditiva. En caso contrario, tamén contamos con varias opcións para tratalos como poden ser mediante rehabilitación auditiva realizada de diferentes maneiras segundo as necesidades. Non dude en acudir ao seu centro auditivo OE+ para realizar un estudio audiométrico completo que inclúa a valoración específica do acúfeno ou tinnitus e solicitar asesoramento respecto desta problemática e as súas opcións de mellora. Os especialistas que o atenderán explicaranlle detalladamente todo o relacionado con este problema así como a mellor opción para o seu caso en concreto.


Crónicas - Febreiro 2016

4

Actualidade OROSO

TRAZO O alcalde pregúntase lle “hai que pagar” a Crónicas para “falar ben” del

A corporación pídelle por unanimidade a Fomento o remate do enlace da autoestrada

José Dafonte acórdase da estrada provincial cando xa non é deputado

As obras pararon hai varios meses

O pleno de Oroso acordou por unanimidade solicitarlle ao Ministerio de Fomento o remate das obras do enlace da autoestrada AP-9 en Sigüeiro, que se interromperon o pasado mes de outubro. Unha proposta presentada polo grupo do PSOE, que ostenta o goberno local, e secundada polo PP, o BNG e Anova, demanda que se solventen os supostos “problemas burocráticos” que teñen parado o proxecto e que ocasionan dificultades para a circulación pola zona e molestias para a veciñanza que vive na zona e que leva todo o inverno coas obras a medias diante da casa. O portavoz do grupo socialista. Antonio Leira, asegurou que xa se produciron algúns accidentes, de escasa entidade, porque o tramo ten unha sinalización provisional e de noite carece de suficiente visibilidade. Leira acusou ao PP de “catro anos de continuos retrasos” desde o ministerio e queixouse dos prexuízos que ocasiona para a xente e para as empresas da zona non dispoñer das infraestruturas do enlace acabadas. Leira citou tamén que a propia ministra de Fomento, Ana Pastor, prometera que o enlace estaría rematado a finais de novembro pasado, o que contrapuxo con que “hai semanas que as máquinas abandonaron a zona”. O portavoz do PP, Alexander Doval, aclarou, segundo o goberno, que cando afirmaba que as obras non estaban paralizadas “dixemos o que nos dixo a delegada de Fomento en Galicia, e en decembro ou xaneiro, ao ver que estaban paradas, vin que a delegada non me dixo a verdade”. Doval agregou que “poden crerme ou non, esa señora díxome iso e agora non me colle o teléfono nin me contesta e-mails”, situación da que xa tería informado á ministra, en funcións.

Tarde piou. O alcalde de Trazo, José Dafonte, acórdase agora de pedirlle á Deputación da Coruña o arranxo da estrada entre Ordes e Portomouro. Faino cando xa o partido que o soporta, o PP, non goberna a institución provincial, nin el ten xa asento na cámara plenaria coruñesa, á que asistiu máis ben en silencio durante o pasado mandato. Aproveitando os danos que os temporais ocasionaron na Ponte Albar, entre Trazo e Santiago en Xavestre, Dafonte instou ao goberno provincial a reparar o viaduto e, xa de paso, a capa de rodadura da estrada, na que antes non se debeu de fixar e que agora ve unha “necesidade inaprazable”. Non consta ningunha petición similar do rexedor cando compartía cor co goberno provincial. A publicación desta información no diario de Crónicas en facebook, por certo, molestoulle a Dafonte. O alcalde cre que este periódico “distorsiona” e, quizais por iso, preguntou se “hai que pagar” para que nestas páxinas se “fale ben” del.

O alcalde aproveitou os danos das enchentas na Ponte Albar para lanzar a petición

A resposta que recibe é NON, obviamente, posto que cando menos este medio non trafica coa información. É algo que sabe ben, como fiel lector, polas sobradas mostras de independencia que leva dado Crónicas. Nun intento por defenderse, Dafonte di que era “deputado, non vi-

ORDES

Investirán máis de medio millón na estrada de Ordes á Silva

Visita do delegado provincial da Xunta, Diego Calvo, á estrada AC-413

A estrada AC-413, que vai de Ordes cara á Silva (Cerceda) recibirá un investimento de case 550.000 euros para a mellora da seguridade viaria. Está previsto que as obras comecen no verán e que teñan un prazo de execución máximo de seis meses. A actuación foi dada a coñecer nunha visita do delegado provincial da Xunta, Diego Calvo, ao propio vial, acompañado polo alcalde de Ordes,

José Luis Martínez Sanjurjo, e integrantes do goberno local. A intervención consistirá na reparación do firme nalgúns tramos, con fresado e reposición da capa de rodadura, aplicación de microaglomerado en frío e reciclado das mesturas bituminosas existentes. Despois, serán repostas as marcas viarias, colocarán novos sinais e acondicionarán as cunetas.

dente” e insinúa que si presentou iniciativas, pero non ofrece proba ou exemplo algún. E pretende tamén facerse co mérito do arranxo da estrada en Agro do Mestre por parte da Deputación, que en realidade demorou desde o Concello pola lentitude no modificado do proxecto inicial.

A Ponte Vella de Pereira viuse seriamente afectada polos temporais Os recentes temporais agravaron a situación da Ponte Vella, en Pereira (Ordes), ata o punto de que o tráfico tivo que ser desviado por outros puntos. O Concello decidiu intervir de urxencia para restablecer esta infraestrutura, catalogada como ben patrimonial ao ser de orixe medieval e situarse no itinerario do Camiño Inglés. A primeira intervención do Concello foron diversos labores de drenaxe. Non obstante, observaron que rompera a tubaxe metálica e que se producira unha considerable deformación do cilindro, o que fixo que a rasante da superficie tamén se vise alterada. A solución escollida para o arranxo e restablecer a circulación entre O Mendo e O Ludiño foi cambiar a tubaxe metálica por unha estrutura de formigón. Tamén valorou colocar un tubo de formigón armado co emboquillado en pedra.


Cr贸nicas - Febreiro 2016

5


6

Crónicas - Febreiro 2016

Actualidade ORDES

ORDES Colaboración do Concello coa asociación Andaina Pro Saúde Mental

A concelleira do PSOE, molesta coa resposta do PP ás súas críticas polo orzamento de Mercurín

Proxectan un centro ocupacional para enfermidades mentais na antiga escola

A concelleira do PSOE ordense, Verónica Fuentes, considera que o PP a “insultou” na resposta que o goberno deu ás críticas socialistas por unha suposta falta de orzamento da Xunta este ano para a estrada de Ordes a Cerceda por Mercurín. O PP precisara que os recursos para a obra si estaban consignados e falara de “analfabetismo presupostario” por parte do PSOE por non ser quen de localizar a partida, segundo a formación política que xestiona os gobernos galego e ordense. A voceira socialista di que “en ningún momento dixemos que non hai orzamento, só dixemos que o orzamento non é suficiente para facer unha reparación en condicións”. E en todo caso puxo as afirmacións en boca de Xosé Antón Sánchez Bugallo, o que fora alcalde de Santiago e agora parlamentario autonómico, que defendeu emendas ás contas na cámara galega. O PSOE dixo a finais de decembro que “a reparación da estrada de Mercurín non conta con orzamento para iniciar as obras” ata o vindeiro 2017.

A antiga escola da Rúa de Galicia podería acoller un centro ocupacional de media estancia para persoas con algún tipo de enfermidade mental. Ese é cando menos o proxecto anunciado polo goberno de Ordes, que contaría coa colaboración da entidade Andaina Pro Saúde Mental na iniciativa. A escola está sendo remodelada desde hai uns meses mediante un obradoiro de emprego. Unha vez rematado, disporá de salas polivalentes, despachos ou unha sala de curas, e contará con todas as medidas de accesibilidade fixadas por normativa. O Concello aspira a que o servizo funcione “en breve”, ofrecendo actividades variadas e atención aos casos de enfermidades mentais de maneira especializada e profesional. A actividade estaría desenvolvida polo equipo de terapeutas e psicólogos de Andaina Pro Saúde Mental, en coordinación cos Servizos Sociais municipais. Andaina PSM xa desenvolve

PIDEN CO CAMBIO DE TITULARIDADE Por outra parte, e tamén en relación con esta estrada, o PSOE proporá no vindeiro pleno municipal que a Xunta asuma a súa titularidade. A estrada pertence ao Concello. Verónica Gómez cre que ten que ser traspasada porque “o tráfico que circula por ela excede o ámbito local, tanto polo número de vehículos como pola tipoloxía”, ao contar con moitos vehículos pesados. Os socialistas, que mencionan na súa proposta o mal estado do vial, pendente de reparación desde hai varios anos por mor dun proxecto fallido do plan de reconversión mineira, sinalan que a súa iniciativa non é nova. Xa houbo peticións semellantes nos anos 2012 e 2014, segundo din, pero a administración autonómica rexeitou facerse cargo da estrada naqueles momentos. Agora desexan que o acordo no pleno do Concello se tome por unanimidade na sesión ordinaria deste mes de febreiro, tendo en conta que o PP, entón como oposición pero agora no goberno municipal, abstívose.

O inmoble está sendo remodelado desde hai uns meses nun obradoiro de emprego

desde hai uns anos obradoiros, xornadas temáticas, clases e terapias en Ordes. O Concello considera satisfactoria a experiencia e por iso pretende ampliala. A presidenta e fundadora de Andaina PSM, Omaira Tuirán, destacou a importancia de atender os casos de enfermidade mental, tanto

para as persoas afectadas como para os seus familiares. Parécelle sobre todo relevante no ámbito rural “xa que alí as alternativas ou posibilidades redúcense moitísimo e para moitos deles a opción que lles queda é quedar na casa medicándose”, o que ocasiona moita frustración.

COMARCA Proposta conxunta de Ordes e Frades, orzamentada en 700.000 euros

Solicitan obradoiros de emprego para unitarias, a vella estación e parques ordenses O Concello de Ordes solicitou ante a Xunta dous obradoiros de emprego, en conxunto co de Frades e un deles destinado especialmente á mocidade en situación de desemprego, cos que agarda intervir en inmobles e espazos públicos. O investimento conxunto sería duns 700.000 euros e da xestión engargaríase Ordes.

O obradoiro de garantía xuvenil tería modalidades de xardinería e albanalería, mentres que o obradoiro de emprego convencional conta con módulos de xardinería, albanelería e pintura decorativa en construción. En Ordes, estas iniciativas mixtas de formación e emprego intervirían nas escolas unitarias de Montaos e

de Buscás, no parque Pilar Martínez Viqueira e no edificio principal da antiga estación ferroviaria da Pontraga, así como no acondicionamento de varios espazos verdes. A solicitude debe ser agora avaliada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria. Non trascendeu cando comezarían os obradoiros.

OROSO O PP pedía abrir un expediente de investigación e iniciar un sancionador

O goberno rexeita expedientar a empresa polos apagóns no alumeado público O goberno de Oroso rexeitou abrirlle expedientes á empresa encargada do servizo de alumeado público a causa dos apagóns que se produciron nos últimos tempos en diversos lugares, en ocasións de forma reiterada. O PP, principal grupo da oposición, solicitou nunha moción en pleno que se abrise un expediente de investiga-

ción á compañía, que asumiu hai uns meses o servizo, e iniciar otro expediente sancionador. O executivo municipal, en mans do PSOE, admitiu a necesidade de que o problema non se volva producir, pero pareceulle “excesivo abrille dous expedientes a unha empresa cando só leva dous meses á fronte do servizo”.

Antonio Leira, concelleiro de Seguridade Cidadá, afirmou que manteñen contacto permanente coa empresa e que “estamos moi cerquiña da solución”, á vez que aproveitou para acusar ao PP de “utilizar a situación como arma arroxadiza contra o goberno municipal e a propia empresa” en vez de avisalos cando ve as farolas apagadas.


Crónicas - Febreiro 2016

7

Actualidade ORDES As obras efectuáronse sen o consentimento de todos os afectados

O alcalde intentará lograr un acordo para o vial desde O Piñeiro a Reboredo O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, confirmou que mantén contactos cos propietarios de terreos afectados pola obra de ampliación da Rúa do Piñeiro ata a súa conexión co núcleo de Reboredo. A obra acometeuse uns días antes das eleccións municipais do ano pasado e sobre ela “non se atopou documentación escrita nas oficinas municipais”, segundo o rexedor. Martínez emprazou ao anterior concelleiro de Urbanismo, Roberto González (UxO), a dar explicacións sobre o procedemento seguido. González ofreceunas e indicou que se trata dun proxecto pendente desde hai tres décadas. O compromiso do alcalde e as explicacións de González prodúcense a raíz dunha iniciativa presentada polo BNG, e aprobada por unanimidade, que sinala que o vial está previsto no planeamento urbanístico vixente ata agora, pero apreza que as obras efectuáronse “sen o consentimento de todos os propietarios e sen ter a cesión dos terreos”. As obras, tal como afirman os nacionalistas, foron paradas por algúns dos propietarios. De aí que o portavoz nacionalista, Pablo Vidal, instase ao goberno municipal a reunir os propietarios afectados para lograr a cesión dos terreos. O Bloque teme que unha mala xestión deste caso remate de maneira similar ao caso do paseo Iván Raña, onde a xustiza obrigou en outubro pasado a que o Concello compense con 81.100 euros a un propietario por unha actuación irregular en 2002. Din os nacionalistas que hai que evitar que “no futuro se volva pagar con cartos públicos unha mala xestión dos gobernantes”. De feito, algúns afectados no vial do Piñeiro a Reboredo xa contrataron os servizos de avogados para defender os seus intereses.

OROSO

Unha sentenza sobre a parcelaria de tres parroquias obriga a modificar o PXOM O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Oroso sufrirá a súa décima modificación puntual a causa dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) sobre unha calificación de terreos pertencentes á parcelaria das parroquias de Cardama, Senra e Vilarromarís.

ANEGACIÓNS NO RECREO Por outra parte, o BNG pediu explicacións polo asolagamento de baixos particulares na rúa do Recreo. O goberno di que se deben en parte á baixante particular dun inmoble pri-

vado. Outra parte dos problemas estaría ocasionada pola “mala execución” dunha obra por parte do anterior goberno municipal, que custara 50.000 € pero non serviu para impedir a chegada da auga aos baixos.

Vial aberto entre o Piñeiro e Reboredo


8

Crónicas - Febreiro 2016

Actualidade ORDES

CERCEDA Licita a construción e posta en marcha dunha planta de compostaxe

O municipio recolleu máis de cinco millóns de quilos de residuos durante o ano pasado

A planta de Sogama tratou 584.000 toneladas o ano pasao, cifra récord

O servizo de recollida de residuos de Ordes transportou o pasado ano 2015 un total de 5.057.441 quilos de lixo de diverso tipo, segundo os datos da empresa Grupo Cerceda Sol, encargada da recollida e tamén da xestión do Punto Limpo municipal. A maior parte do lixo foi recollida en todo o municipio, mentres que 315.500 quilos foron trasladados ao Punto Limpo. A estas instalacións, situadas na zona do Balado, chegaron case dez toneladas máis de residuos o ano pasado en comparación con 2014. Loxicamente, a vila está en cabeza na xeración de residuos, con 3,25 millóns de quilos, fronte aso 1,12 millóns procedentes das parroquias. O Concello fixo especial fincapé en cifras como os 20.000 quilos de plásticos agrícolas recollidos. Asegura que pretenden superar esta cifra no novo exercicio cunha campaña informativa e de concienciación. A recollida é de balde chamando ao 609 079 419.

Sogama asegura que en 2015 se situou en cifras máximas de eficiencia industrial. A planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible chegou a tratar preto de 584.000 toneladas de residuos o ano pasado, o que supón mesmo superar a capacidade para a que fora deseñada. A contía é un 1,25 % superior a 2014 e un 28 % máis que en 2008. As plantas de coxeneración e valorización da empresa tamén obtiveron máximos de produción enerxética, ata o punto de que a termoeléctrica foi a de maior eficiencia e produción das dez similares que existen en toda España. Os 516.000 MWh producidos por Sogama en 2015 son un 4,5 % máis que no ano previo e equivalen ao 11 % da enerxía consumida polos fogares galegos. Os datos ofreceunos o presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, no balance da actividade da empresa. Domínguez precisou que a empresa xestiona os residuos urbanos de 295 concellos galegos, o 94 % do total. En consonancia co aumento

MESÍA

COMARCA Nun plan presentado pola Xunta e financiado con fondos europeos

Identifican os posibles herdeiros dunha veciña de Albixoi falecida en Suíza en 2013

A bisbarra obtén uns 530.000 euros para mellorar accesos a explotacións

O Concello de Mesía identificou os posibles herdeiros de María Josefa Augello-Fernández, que nacera en Mesía en 1946 e faleceu en Suíza en xuño de 2013. Foi un xulgado do país ao que emigrara, concretamente da zona de Lugano, o que, mediante anuncios en diarios galegos, intentou a busca dos posibles herdeiros, en aplicación do código civil suízo. As pescudas da administración local de Mesía permitiron saber que a falecida, filla de Benigno e de Amalia Fernández, nacera na parroquia de Albixoi e que tiña dous irmáns, que na actualidade non residen no municipio. Estes dous interesados dispoñen dun ano de prazo, a contar desde que se publicou o edicto da xustiza suíza, para acudir ao xulgado do distrito de Lugano que o emitiu. Alí serán informados das condicións nas que recibirían a herdanza, da que por suposto non trascenderon datos de ningún tipo.

Javier Domínguez, presidente de Sogama

da eficiencia industrial, tamén se salientou que o ano pasado foi o que menos residuos se enviaron ao vertedoiro da Areosa, 185.000 toneladas. Domínguez manifestou que “estamos falando, sen lugar a dúbidas, dos mellores resultados da historia de Sogama.

Por outra parte, a empresa licitou por un importe de case catro millóns de euros a construción e posta en marcha dunha planta de compostaxe que se ubicará nas dependencias do vertedoiro de residuos non perigosos da Areosa. Segundo explica a empresa, a planta procesará a fracción orgánica dos refugallos co propósito de fabricar compost. Terá capacidade para 15.000 toneladas anuais. Os materiais que non sirvan para compostar, pero si para reciclar, serán separados e enviados á industria transformadora. Esta planta enmárcase no obxectivo de obter o máximo valor do lixo aproveitable e minimizar o rexeitamento final. Sogama indica que as obras terán un prazo máximo de execución de 34 semanas, mentres que as probas de capacidade e rendemento non poderán superar as nove semanas. O prazo para que as empresas interesadas presenten as súas ofertas remata o vindeiro 17 de marzo ás 13:00 horas.

REPARTO DO PLAN Concello

Contía

Cerceda Frades Mesía Ordes Oroso Tordoia Trazo

69.129 euros 67.052 euros 88.382 euros 101.156 euros 60.993 euros 71.350 euros 72.831 euros

TOTAL

530.443 euros

Acto de presentación do plan para os municipios da provincia coruñesa

Os nove Concellos da comarca obteñen algo máis de 530.000 euros dentro do Plan Marco de Camiños, presentado pola Consellería do Medio Rural. Esta iniciativa, que se financia nun 75 % con fondos Feader, forma parte do Plan de Desenvolvemento Rural de Galicia 2014-2020. Os fondos poderán ser utilizados para a mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agra-

rias. Poderán ser accións de ampliación, reparación ou mantemento dos viais, que teñen que ser de titularidade municipal e que deben facilitar o acceso a un mínimo dunha parcela integrante dunha explotación agraria. Durante a presentación, na que participou a conselleira do Medio Rural, Ánxeles Vázquez, explicouse que os criterios de reparto dos fon-

dos, que en toda a provincia suman uns 6,2 millóns de euros e no conxunto de Galicia rondan os 20 millóns de euros, son os consensuados entre a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp). O goberno autonómico sinala este plan favorece as infraestruturas e os servizos básicos no ámbito rural.


Crónicas - Febreiro 2016

9

Actualidade ENTREVISTA José Codesido, director de IRAGA Unidade de Reprodución Asistida La Rosaleda

“Cada muller conta cun gran poder, ese poder axudar a outras a seren nais doando óvulos” IRAGA Unidade de Reprodución Asistida La Rosaleda, centro de referencia no seu sector situado en Santiago de Compostela, lanzou unha campaña para conseguir

que máis mulleres novas se animen a converterse en doantes de óvulos. O doutor José Codesido, director do centro, explica o procedemento nesta entrevista.

O doutor José Codesido é o director do centro IRAGA, Unidade de Reprodución Asistida La Rosaleda, que funciona desde o ano 2000 en Santiago de Compostela

- Na campaña identifícase a perecedoiro e pérdese cos anos; tacada doadora como unha superhe- mén entre os homes, como ben saroína. Por que? bemos no sector. - Porque cada muller dispón, - Cales son as liñas xerais da realmente, dun gran poder; ese po- doazón de óvulos? der axudar a outras, cuxos ovarios - Trátase dun procedemento non funcionan adecuadamente por anónimo. En primeiro lugar, a posienfermidade ou idade, a seren nais, ble doante ten unha entrevista sen a cumprir cos seus soños… É un gran ningún compromiso cun membro acto de solidariedade, un poder que do noso equipo; e, no caso de que moitas mulleres novas descoñecen decida continuar co proceso, realie que queremos que teña visibili- zaráselle un exame médico, seguiría dade. un tratamento - Quen pode previo á extracser doante de “É normal que unha muller ción de óvulos. óvulos? conque pense en ser doante Sempre - Toda muller teña dúbidas, por iso reco- tando coa atensa, de entre 18 a ción constante mendámoslle que veña fa- por parte do 35 anos. - Existe un lar connosco e resolvelas” noso equipo. número sufi- A doazón ciente de doadoras? de óvulos ten algún tipo de retribu- Desgraciadamente non, o nú- ción económica? mero de mulleres que esperan unha - En España a normativa marca doazón de óvulos supera ao número que se trata dun acto altruísta pero de óvulos dispoñibles e existe unha as doadoras poden recibir, como no lista de espera. caso de IRAGA, unha contrapresta- En Galicia, en particular, a ción económica polos desprazamenbaixa natalidade é un problema. tos, tempo e molestias causadas. - Efectivamente. E, entre os - A pregunta pode ser superflua obxectivos desta campaña está o de pero… pode ser nai no futuro unha concienciar. A fecundidade é un ben muller que doa óvulos?

- Claro que pode ser nai. Nunha doazón extráese un pequeno número de óvulos, entre 6 e 20, sobre o total que posúe unha muller, que é un dato predeterminado xeneticamente e está ao nacer entre 500.000 e 1.000.000. - Ademais de doazón de óvulos, que outros servizos se realizan en IRAGA Unidade de Reprodución Asistida La Rosaleda? - Somos un centro integral de

Crónicas da Comarca

reprodución asistida. Ademais das distintas técnicas contra a infertilidade, ofrecemos ecografía en 4 dimensións e temos servizos de xinecoloxía, embrioloxía e psicoloxía. - Que debe facer unha muller se está a pensar na posibilidade de ser doante, pero ten dúbidas? - As dúbidas son normais. Recomendámoslle que se achegue a falar connosco, sen compromiso, e axudarémoslle a resolvelas.

Se quere recibir Crónicas de balde no seu correo electrónico, pídao en: cronicas.comarcadeordes@gmail.com


10

Crónicas - Febreiro 2016

Actualidade MESÍA

CERCEDA O alcalde impide votar unha proposta na que o BNG pedía que dimitise

Detidos os supostos autores de roubos cometidos no municipio

Cerceda irá contra o contratista e o banco para recuperar os cartos

A Garda Civil detivo tres homes, os tres veciños de Oleiros e con idades entre os 20 e os 40 anos, como supostos autores de máis dun cento de roubos nas áreas da Coruña e de Ferrol, algúns no municipio de Mesía e tamén nos colindantes de Curtis e de Vilasantar. A investigación xa comezara no verán do ano pasado. Coa detención, recuperáronse numerosos artigos procedentes dos roubos, tales como electrodomésticos, xoias, ferramentas, cámaras de fotos, ordenadores portátiles, televisores ou armas de aire comprimido. Tamén se cre que participaron no roubo de polo menos 2.850 quilos de cobre. E intervíronse uns 3.500 euros en metálico. Un dos detidos xa acumula noventa detencións previas e outro fora posto a disposición xudicial hai uns meses por roubos en igrexas cometidos en Asturias. Segundo a investigación, os tres homes adoitaban roubar no serán e nunca entraron en domicilios nos que houbese persoas dentro.

ORDES

O goberno apela ás normas supramunicipais para vixiar o uso de animais nos circos A maioría do pleno aprobou a declaración de Ordes como municipio libre de circos con animais, presentada polo PSOE. Sen embargo, o goberno municipal matizou as posibilidades de cumprimento da proposta e apelou ás normativas e lexislacións de ámbito galego, español e europeo sobre a materia. A portavoz do goberno, Susana García, explicou que vixiarán o benestar dos animais que se utilicen en espectáculos circenses no municipio “facilitando e propiciando o control e a supervisión mediante medios propios e incluso solicitándollo a corpos como o Seprona”. Verónica Gómez (PSOE) defendeu que “os nenos e nenas merecen unha educación baseada en valores que inclúan o respecto aos seres vivos e a contorna”. Os socialistas rexeitan as “reticencias” do goberno local e insisten en que se deben adaptar as ordenanzas municipais, de maneira que nin se autorice nin moito menos se promova a instalación de circos con animais.

O caso da obra do Museo da Mineiría, pagada dúas veces en dous bancos distintos, segue dando novidades en Cerceda. Despois de que a xustiza obrigase ao Concello a devolverlle máis de 200.000 euros a un dos bancos, o alcalde cre que é o momento de que se xulgue a maneira de proceder do banco e tamén de que o contratista que cobrou responda polos seus feitos. José García Liñares, que remarca que non se ve culpable pero non desbota a responsabilidade inherente ao cargo, admite que a administración local cumprirá a sentenza. Pero antes pediron que o tribunal aclare a cantidade exacta a devolver, posto a sentenza fala de 200.000 euros e o banco reclama uns 145.000. Non obstante, a representación xurídica do Concello vai abordar o asunto co contratista para buscar un entendemento “polas boas inicialmente e en caso contrario polas malas”. E García Liñares detalla que levarán o banco pola vía penal “porque foi o responsable de pagar e

ata agora xulgouse o Concello, pero agora toca xulgar o banco”. O alcalde, que engadiu que a maiores promoverán unha peza de responsabilidade civil para que se lle restitúa o diñeiro ao Concello, dubida de que a sucursal cumprise a ortodoxia nos pagos. Estas novidades coñecéronse no debate dunha moción do BNG para reclamar que o alcalde reintegrase o diñeiro no Concello e para que presentase a súa dimisión. A proposta debatiuse pero o rexedor impediu votala porque cre que non reunía as condicións dunha moción. García Liñares defendeu que a dimisión sería unha decisión persoal sobre a que non ten sentido que se pronuncie o pleno e unha hipotética devolución do diñeiro está regulada e tampouco depende do que diga o pleno. Para a portavoz do BNG, Rocío da Igrexa, a situación foi “absurda” e propia do sistema de “ordeno y mando” que, opina, practica o alcalde. Da Igrexa intentou que o secretario municipal aclarase se había que votar, pero o funcionario non se pronunciou.

COMARCA Cerceda e Tordoia volven ao proxecto

A Vía Verde, pendente de que Fomento desafecte a vella liña O Concello de Santiago tomou a iniciativa para xestionar en Madrid a consecución dunha Vía Verde sobre o trazado da antiga liña ferroviaria entre Compostela e Ordes. Das reunións do concelleiro santiagués de Medio Ambiente e Convivencia en Madrid, trascendeu que o avance do proxecto depende aínda de que Fomento decida, ou non, desafectar os terreos. O edil Xan Duro viuse co subdirector de Xestión Patrimonial do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF). Carlos Dufour amosou interese en recuperar para uso da veciñanza vías fóra de servizo, unha vez que Fomento aclare se o vello tramo SantiagoOrdes podería recuperarse para algún uso ferroviario. Non parece probable que Fomento pretenda que algún tren volva circular por alí, posto que as vías levan anos desmanteladas e hai treitos inconexos, pero mentres non efectúe ese trámite non

se poderá avanzar no proxecto de Vía Verde, presentado en 2008 e aparcado pouco despois. O concelleiro de Santiago tamén se reuníu coa xerente da área de Vías Verdes e Medio Ambiente da Fundación de los Ferrocarriles Españoles, a entidade que xestiona este tipo de tramos. Carmen Aycart explicou que era coñecedora do proxecto. Na mesma liña que o cargo do ADIF, sinalou que a Fundación tería interese en colaborar no acondicionamento, sempre e cando o Ministerio confirme se desafectará os terreos. Ademais, o goberno de Santiago incorporou ás reunións os Concellos de Tordoia e de Cerceda, ademais dos de Ordes e Oroso, co propósito de que a Vía Verde vaia desde Santiago ata Cerceda, como se pensara nun principio. En toda España, existen uns 2.400 quilómetros de infraestruturas ferroviarias transformadas en Vía Verde, unha figura de considerable atractivo turístico.

García Liñares aproveitou para defender unha vez máis a súa inocencia neste caso e acusou á oposición de facer unha lectura interesada e parcial da sentenza. “Non cometín ningún acto delictivo, nin sequera me imputaron, pese a que o banco o intentou por todos os medios”, manifestou, á vez que recoñeceu que de todas maneiras “non podo estar orgulloso dos feitos”. Segundo o alcalde, todo o seu proceder axustouse á lei: “non asinei nada que non puidese asinar nin ningún documento que non fora legal, e o feito de que alguén utilice mal ese papel [o que facilitou o endoso bancario] e o leve sen as formalidades precisas, e o banco pague, non me fai culpable do tema”. Tamén negou o rexedor estafa pola súa parte, posto que non obtivo beneficio algún. E explicou que o doble endoso fíxose sobre dúas certificacións distintas, unha do proxecto inicial e outra dun modificado valorado nuns 400 euros, cando só debería ser válida a segunda.

ORDES

O BNG propón un protocolo que garanta a recollida de animais abandonados sempre O BNG de Ordes obtivo o apoio unánime do pleno municipal na súa petición para que se elabore un regulamento para a canceira municipal. Demandaban, entre outros aspectos, que a norma recolla un protocolo de actuación para garantir a recollida de animais abandonados en calquera momento. Os nacionalistas lembran que a canceira está sendo xestionada polo voluntariado e destacan o seu “gran labor, digno de recoñecemento por parte de toda a sociedade ordense”. Mais á vez teñen coñecemento por algúns veciños das dificultades que a Policía Local tería para recoller animais durante a fin de semana. Por iso, defenden a necesidade de que o protocolo aclare a situación e defina a recollida dos animais e a súa recepción na canceira, para evitar que fiquen abandonados á súa sorte. O alcalde ordense, José Luis Martínez Sanjurjo, anunciou no pleno a inminente presentación pública do regulamento, do que se estaba ultimando a elaboración.


Crónicas - Febreiro 2016

11

Actualidade COMARCA A nova concesionaria non tiña a obriga de contratar o mesmo persoal

ORDES

O persoal de Pellejero logra continuar co transporte de residuos na nova empresa

Detido en Vilamaior un home con dificultades socioeconómicas tras agredir a varios veciños

Unha das concentracións que durante varios días mantiveron traballadores de Pellejero e Hijos SL ante a planta de Cerceda

Os traballadores e traballadoras da empresa ‘Transportes Pellejero e Hijos, SL’ lograron coas súas mobilizacións continuar facéndose cargo do transporte de residuos sólidos urbanos á planta de Cerceda. A súa compañía cesa na contrata o vindeiro 1 de marzo e as tarefas pasan a ser asumidas por COPASA, a nova concesionaria, que nas condicións do contrato non tiña a obriga de manter o mesmo persoal, 68 persoas entre profesionais de conducción, administración e mecánica. Con concentracións e unha folga indefinida, en suspenso ao peche desta edición, os empregados lograron que COPASA ofrecese recolocar 54 conductores e conductoras cun contrato indefinido e un salario similar ao do convenio da Coruña, pese a que a nova empresa aplica un convenio propio moi inferior. De todas ma-

neiras, o plantel perde asignación económica ao elimináselles a antigüidade máis un plus que cobraba polas características especiais do servizo. Os demais empregados afectados ou ben renunciaron a seguir na nova concesionaria, caso de varios transportistas, ou ben estaban pendentes dunha posible recolocación, no caso de administración e mecánica. En Pellejero levaban desempeñando as distintas funcións desde hai catorce anos, nalgún caso ata vinte e un. A negociación entre a representación sindical e a empresa contou coa mediación do Consello Galego de Relacións Laborais. A asemblea de traballadores, falou de “chantaxe” e responsabiliza á Xunta e ao PP, por consentir “que unha empresa faga negocio con diñeiro público a conta do seu sustento e pretendera precarizar as súas condicións de traballo dunha

maneira tan brutal”, afirman. Para eles, non hai infraestrutura suficiente para acadar as porcentaxes de transporte de lixo por tren que se pretenden, de maneira que o uso dos camións “durante bastante tempo vai ser basicamente o mesmo”, din. O persoal de Pellejero e Hijos, en boa medida residente en Cerceda, Ordes e Santiago, recibiu o apoio de diversas institucións ás que acudiron a explicarlles a súa situación e a solidariedade de varios partidos. Na comarca, o máis significativo foi o pleno da Mancomunidade de Ordes, con representación dos sete Concellos. Ao peche desta edición, os traballadores estaban pendentes de que COPASA plasmase por escrito a oferta acordada. Cren necesario manter as medidas de presión ata o final, ata a sinatura dos novos contratos, polos froitos que lles deu a mobilización.

Un home foi detido no lugar da Pedreira, na parroquia de Vilamaior (Ordes), despois de que presuntamente ameazase e agredise a varios veciños, da mesma aldea e da contigua do Campo do Sino. A detención produciuse na súa vivenda, na que se mantivo atrincheirado unhas 24 horas. A Garda Civil, que enviou varias dotacións ao lugar, tivo que agardar por unha autorización xudicial para poder entrar no domicilio, mantendo previamente unha vixilancia. O dispositivo despregado pola forza de seguridade para poder poñelo a disposición xudicial foi dos considerados importantes. O detido, que inicialmente negou os feitos, ten uns 55 anos e atravesa desde hai tempo dificultades socioeconómicas. Carece de emprego e tiña problemas co alcohol. Como tiña feito noutras ocasións, acudiu a pedirlles cartos aos veciños, pero ao atoparse coa negativa reaccionou de xeito violento, algo que nunca antes fixera, segundo os veciños. Dous dos agredidos, con feridas leves, presentaron denuncia. O detido contaba co apoio e colaboración de varios familiares próximos para as súas necesidades vitais, mais non consta ningunha intervención dos Servizos Sociais para axudarlle a saír da súa situación de deriva vital.


12

Crónicas - Febreiro 2016

Actualidade OROSO

COMARCA Colexios e institutos dos municipios de Mesía, Ordes e Oroso

Excursións a Góis e á praia máis percorridos polo Camiño Inglés para a terceira idade

Cinco centros educativos da comarca asinan o contrato-programa autonómico

O Concello de Oroso organizará unha excursión para a terceira idade ao municipio portugués de Góis, co que está irmandado Oroso. Anunciouno o alcalde, Manuel Mirás, nun encontro con máis de sesenta maiores. Mirás precisou que a saída duraría ata un par de días e que ademais programan outras á praia e tamén percorridos polo Camiño Inglés no treito por Oroso. Sobre a festa da terceira idade, prevista para o 23 de abril, o alcalde anunciou que o baile esta vez sería nunha carpa exterior e que se recupera a opción de ir en autobús, se se pide na inscrición.

Cinco centros educativos da comarca asinaron a comezos de febreiro contratos-programa coa Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria para o curso 2015-2016. Trátase do CPI de Xanceda (Mesía), o CEIP do Mesón do Vento e o IES Maruxa Mallo (Ordes), máis os CEIP de Oroso e de Sigüeiro (Oroso). Os contratos-programa están concebidos como plans de mellora en diversas competencias, de acordo con proxectos presentados polos propios centros. No caso do colexio de Mesía, inciden no apoio e orientación ao alumnado con dificultades de aprendizaxe, na convivencia e a promoción da igualdade, na mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia e na mellora da calidade da xestión dos centros. O colexio do Mesón do Vento tamén prevén a liña de apoio a alumnado con dificultades e reforzar as competencias clave nos ámbitos da ciencia e a tecnoloxía. O IES Maruxa

OROSO

ORDES Poden rexistrarse na casa consistorial ou a través da sede electrónica

A Deputación saca a concurso as obras da beiravía peonil desde Porto Avieira á Falmega

Últimos días para presentar ideas para o parque Félix Rodríguez de la Fuente

A Deputación da Coruña sacou a concurso as obras para construír unha beiravía peonil na estrada DP-3801 entre Sigüeiro e San Mauro, no tramo comprendido entre o acceso á urbanización Porto Avieira e Falmega, en Oroso. Os traballos licítanse por importe duns 229.000 euros e mediante procedemento aberto. Consistirán en darlle continuidade a unha senda xa existente desde Sigüeiro. Discorrerá pola marxe dereita da calzada, en dirección Senra, e contará cun ancho de dous metros. O proxecto contempla a execución de diques para estabilizar os noiros en zonas puntuais do trazado. Nesas zonas, tamén se colocarán barandillas de madeira para garantir a seguridade. O tramo será sinalizado. Polo de agora as empresas poden presentar ofertas. Unha vez contratada a obra, o prazo de execución será de catro meses.

Este 29 de febreiro remata o prazo para presentar ideas de posibles remodelacións do parque Félix Rodríguez de la Fuente, en Ordes. As suxerencias poden presentarse a través do rexistro xeral na casa consistorial, de 9 a 14 horas, ou a través da sede electrónica municipal, accesible a través da web. Este concurso de ideas, que o goberno se comprometeu a ter en conta sempre e cando resulten iniciativas viables, foi aprobado en novembro pasado cando o grupo do BNG demandara aproveitar mellor o espazo dos dous parques contiguos á Alameda: o Municipal e o que leva o nome do naturalista e divulgador burgalés. A iniciativa dos nacionalistas prantexaba incluso a supresión da rúa que os separa para unilos e reacondicionalos, dándolle sentido único de circulación á rúa lateral. Finalmente, o único da proposta que saira adiante foi precisamente o concurso de ideas. O PP, grupo de goberno, calificara de “interesantes” algúns dos aspectos que presentaba o

Reunión do alcalde con maiores

Sinatura dos contratos-programa de centros educativos da provincia coruñesa

Mallo, o proxecto presentado aspira a mellorar as competencias matemática, de comunicación lingüística, e de ciencia e tecnoloxía, ademais de mellorar a convivencia e promover a igualdade, outra liña de prevención do abandono escolar temporal e do absentismo escolar, máis a mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia.

Os dous colexios de Oroso que participan neste programa ofrecerán reforzo ao alumnado con máis dificultades, se ben o CEIP de Oroso inclúe no seu proxecto a maiores a mellora das competencia matemáticas, en ciencia e tecnoloxía, o traballo sobre a convivencia e a igualdade e a mellora do nivel de coñecementos para procurar a excelencia.

Vista do parque Féliz Rodríguez de la Fuente, separado por unha rúa do Municipal

Bloque, pero á vez matizaba que a intervención nun lugar tan céntrico e crucial requería un estudo rigoroso previo. Máxime no caso de que se aceptase suprimir unha rúa, o que implica modificar as normas urbanísticas. Naquela sesión, Silvia Marín, por-

tavoz de UxO, suxeriu, ademais de unir os dous parques, elevar o infantil para acabar co seu desnivel, e aproveitar o espazo inferior xerado para construír un aparcadoiro. Haberá que ver se este tipo de propostas e outras achegadas pola cidadanía entran finalmente no concurso.


crónicas - Febreiro 2016

13

ecOnOMíA LEITE Os prezos remataron o ano cinco céntimos por litro menos que en 2014

PREZOS DO LEITE

Galicia perdeu 474 explotacións leiteiras en 2015, o 69 % de españa Galicia rematou o ano 2015 con 9.132 explotacións gandeiras dedicadas á produción de leite, cando a principios de ano eran 9.606. No ano no que teoricamente desapareceu o sistema de cotas e se produciu unha gravísima crise de prezos, perdéronse 474 granxas galegas, a un ritmo de 1,3 diarias. Supoñen case o 69 % das 691 menos coas que acaba o exercicio no conxunto de España, a pesar de que en Galicia sitúanse arredor do 56 % das explotacións leiteira. Dito doutro xeito, a crise afecta dunha forma moito máis contundente en Galicia. E xa apareceron interpretacións, como as elaboradas pola COAG sobre a base de datos oficiais, que apuntan a un desprazamento da produción cara á área mediterránea (Andalucía, Valencia ou Castela-A Mancha) en detrimento dos produtores tradicionais como Galicia, Cantabria, Euskadi ou Asturias. As zonas do leste español están incrementando a súa produción en cotas que superan o 10 %, mentres que no noroeste o incremento queda en cifras próximas ao 5 %. Sempre segundo datos do Fondo Español de Garantía Agraria, en 2015 a produción de toda España chegou a 6,793 millóns de toneladas, cando en 2014 foran 6,651 millóns de toneladas. Deste xeito, a media española de incremento foi do 2,1 %.

(euros/litro) 0,288 Galicia 0,343 Andalucía 0,321 Aragón 0,325 Asturias 0,331 Baleares 0,450 Canarias 0,303 Cantabria Castela-A Mancha 0,326 0,317 Castela e León 0,323 Cataluña 0,326 Extremadura 0,322 Madrid 0,309 Murcia 0,324 Navarra 0,343 Euskadi 0,329 A Rioxa 0,322 Valencia

0,287 0,344 0,319 0,324 0,331 0,452 0,302 0,322 0,316 0,332 0,325 0,321 0,309 0,324 0,343 0,333 0,321

0,310

0,310

ESPAÑA

ÚLTIMOS ANOS

2012 2013 2014 2015

Protesta dos Gandeiros ante as instalacións da empresa Lactalis en Vilalba (Lugo)

ros. Lonxe en todo caso dos 0,34 euros nos que se sitúa o limiar da rendibilidade, o punto no que os produtores cobren custos de produción e poden empezar a gañar algo de diñeiro co seu traballo, sen ter que acudir a outras actividades, pensións familiares e outras fontes de ingresos para sobrevivir. CONFLICTOS CON CELTA E CON LACTALIS Un exemplo de supervivencia practicamente imposible é o que viven nas últimas semanas as arredor de cincuenta granxas integradas na Cooperativa de Guitiriz (Codegui), deste e doutros municipios da súa zona, ás que Leche Celta lles cesou a recollida a comezos de febreiro. A pesar de que intentaron buscar outros compradores, a única alternativa inicial e provisional que lles quedou foi vender o leite a Asturias para transformalo en leite en po, a uns miserables 0,18 euros por litro. A conselleira do Medio Rural,

Ánxeles Vázquez, que anunciou a xestión de solucións, acusou á empresa de incumprir o acordo no que se comprometía a recoller un volume concreto de leite e precisou que non é o mesmo que deixase de recoller excedentes sobre esa cantidade que cesar totalmente a recollida. De todas as maneiras, esta situación non é máis que unha mostra do fracaso do acordo asinado en setembro entre a industria, a distribución e unha parte residual dos representantes dos Gandeiros. Serviu para poñerlle fin ás protestas dos Gandeiros pero non para recuperar os prezos. A propia conselleira recoñeceu que “está tardando tempo en cumprirse” e emprazou ao Ministerio de Agricultura a traballar para obrigar o seu cumprimento. A situación provisional do goberno central non axuda en nada a dar algún paso eficaz. Non obstante, a finais de xaneiro homologou o contrato-tipo de subministración de leite e está pendente o decreto de cesión

PRODUCIÓN

Galicia decembro España decembro

de prezos, co que se coñecerían as marxes coas que traballan a industria e a distribución. Así as cousas, son as protestas dos Gandeiros as que están servindo para conseguir os maiores resultados. Sucedeu cos bloqueos a grandes superficies de distribución de finais de 2015 e volveuse evidenciar no conflicto de Lactalis. O anuncio de accións de boicot á empresa e ás súas marcas fixo que a láctea finalmente accedese a trasladarlle aos Gandeiros os dous céntimos por litro nos que subiron os seus produtos para o consumidor final, que esta industria ingresaba e que non beneficiaban ao produtor, como era o propósito inicial da suba.

Solucións Empresariais á medida Servizo de Asistencia Técnica Mantementos Integrais (Hard/Soft) Solucións de Seguridade Reparación de Smartphones e Tablets

www.atx-informatica.com

Redes e Conectividade Venda de Ordenadores e Periféricos Software de Xestión Comercial

219.709 tn 579.079 tn

Fonte: FEGA (02-02-2016)

Asesoramento Técnico

Rúa da Canteira, 16 - 15680 ORDES (A Coruña) Telf: 981 697 855 / Móvil: 609 377 922 Fax: 981 97 35 62 / atx@atx-informatica.com

MEDIA ESPAÑOLA 0,318 0,353 0,362 0,310

solucións informáticas

solucións informáticas

PREZOS EN MÍNIMOS Coa produción en alza, os prezos mantéñense en mínimos históricos. E en Galicia peor que en ningún outro lugar de España. En decembro, a última liquidación da que hai datos, ficaron en 0,288 euros por litro de leite. Son 2,2 céntimos menos que a media española, de 0,31 eu-

DECEMBRO / NOVEMBRO


Crónicas - Febreiro 2016

14

Economía EMPRENDEMENTO

ORDES A empresa está sendo investigada por un posible delito laboral

A Deputación sitúa o emprendemento como un dos eixos do seu novo plan de emprego

Deus, sometida a unha inspección laboral tutelada pola Garda Civil

Inauguración dun curso da Startup Europe Week na Deputación

O próximo plan de emprego da Deputación da Coruña terá o apoio ao emprendemento como un dos seus eixos principais. Así o puxo de manifesto o presidente da entidade provincial, o socialista Valentín González Formoso, durante a inauguración dun curso para uns setenta novos emprendedores. Formoso detallou que o plan multiplicará “por seis” os recursos que a Deputación dedicaba ata agora á área de emprego. E adiantou que o apoio ás novas iniciativas empresariais e de autoemprego centrarase en “asesorar e titorizar os proxectos, non só subvencionalos, porque os cartos públicos deben servir para cumprir un obxectivo e a Deputación debe servir de palanca, non de freo”, segundo defendeu. Para o presidente provincial, os emprendedores e as emprendedoras “son o futuro económico do continente”, polo que apoialos contribuirá a “devolver Europa á senda da recuperación económica”. González Formoso incidiu en que a provincia coruñesa tivo un forte espírito emprendedor, con empresas que comezaron de maneira moi modesta e hoxe son líderes nos seus sectores e chegan coa súa actividade a todo o mundo. O presidente da Deputación sostén que esa mentalidade segue viva, algo que percibe nas visitas que xa leva realizado a polígonos industriais, pequenas empresas, granxas... O curso que acolleu a entidade provincial contou coa participación de diferentes expertos relacionados co mundo do emprendemento, da administración local e da empresa privada, con emprendedores que relataron as súas experiencias, e representantes de entidades empresariais e financeiras que deron conta dos recursos económicos existentes para crear proxectos empresariais nos concellos da provincia.

En Deus non gañan para sobresaltos. A empresa téxtil ordense, en continua controversia nos últimos meses polas dificultades para manter ao día as nóminas dos seus traballadores, foi obxecto dunha inspección laboral a comezos de febreiro. O grupo de inspectores tivo que ir acompañado por varios efectivos da Garda Civil, segundo trascendeu porque varios días antes non se lle permitira acceder ás instalacións da compañía no polígono de Merelle. Baixo a vixilancia do corpo de seguridade público, tanto no exterior como no interior da factoría, os inspectores consultaron individualmente con cada traballadora e rexistraron tamén documentación e equipos informáticos. Segundo fontes relacionadas co persoal da empresa, trataron de comprobar se todas as persoas que estaban traballando tiñan contrato e se o seu horario real de traballo se axustaba ao establecido nos contratos. Co resultado das investigacións, determinarán se na empresa, cunha

A empresa radícase en Merelle

parte da súa produción para a marca Massimo Dutti do grupo Inditex, se está vulnerando a lexislación laboral e mesmo se os incumprimentos poden constituír algún tipo de delito. A compañía, que nas súas distintas denominacións societarias acumula unha débeda de varios millóns

O alcalde di que son “aspectos e xestións de índole privada” que non representan o conxunto do sector Se durante os últimos meses as distintas formacións políticas gardaron silencio sobre o conflicto que se vive en Deus, nesta ocasión o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo (PP), si se pronunciou. Sen facer mención expresa a ningunha compañía, pero aludindo ás “problemáticas de importantes firmas locais”, o rexedor fala de “aspectos

e xestións de índole privada polas que non se deben calificar nin avaliar todo un colectivo”. O primeiro edil ordense atribúe a situación ao “cambio de estratexias dos grandes grupos que lideran o sector, que apostan máis polo prezo que pola calidade”, o que fai que trasladen a produción a países coa man de obra máis barata e con

de euros con Hacienda e como tales figuran no rexistro de morosos feito público hai uns meses, lograra poñer practicamente ao día as súas nóminas a finais de 2015. Pero a comezos de febreiro xa volvía deber as pagas correspondentes a decembro, incluída a extra, xaneiro e tamén horas extra de 2015, segundo explican desde o ámbito do persoal. Uns días despois, a xefatura da empresa ofreceu explicacións sobre as novas demoras, pouco convincentes a xuízo das mesmas fontes. Dérase a circunstancia de que a finais do pasado ano Confecciones Deus salientaba a Crónicas a súa vontade de superar eses desaxustes, o seu “compromiso” co persoal e o entón recente pago de nóminas que tiña pendentes practicamente desde o verán. Do mesmo xeito, anunciaba un plan de consolidación e expansión para garantir o futuro e a viabilidade da compañía. A investigación sobre presuntos delitos laborais e as dificultades fiscais condicionan tal intención. peores condicións de seguridade laboral. O goberno municipal considera necesario “un plan estratéxico global para recuperar o posicionamento do sector téxtil de Ordes”, para o que demanda o apoio da Xunta. Martínez Sanjurjo destaca que o nome de Ordes no ámbito téxtil está asociado, segundo el, á calidade, á man de obra experimentada e a empresas que efectuaron importantes investimentos en maquinaria e infraestruturas.

ORDES

Os produtos locais, en Xantar Produtos como o lacón con grelos, o queique, o champiñón ou o queixo recheo de marmelo formaron parte do expositor co que, baixo o paraugas da Deputación da Coruña, contou o Concello de Ordes no salón gastronómico Xantar, en Ourense. A cita serviu para promocionar festas como a do lacón con grelos, a do champiñón, ou a feira de cans de caza.

Os concelleiros José Manuel Mira e José Manuel Rodríguez, no salón Xantar


cr贸nicas - Febreiro 2016

15

PuBlicidAde

II Feira de Oportunidades 2016

s o t s a b A e d a Praz ar 1潞 And

concello de

ORDES


16

Crónicas - Febreiro 2016

Economía COMERCIO

INDUSTRIA A metalúrxica SteelCore en Ordes e a enxeñeira Strong Bull de Trazo

A segunda Feira de Oportunidades de Ordes celébrase desde o 4 ata o 6 de marzo

Novas tecnoloxías e proxección de mercado para dúas empresas da zona

A segunda edición da Feira de Oportunidades de Ordes está programada para os días 4, 5 e 6 de marzo no primeiro andar da Praza de Abastos. Esta cita contará cun máximo de trece participantes. Os establecementos interesados en acudir coas súas mercadorías, que deben ser negocios abertos no municipio, teñen ata este 29 de febreiro para presentar a solicitude de espazo. Os postos concédense por orde de inscrición. Algúns dos produtos aos que poderán acceder os consumidores serán o calzado, a moda, a bixutería, agasallos ou artesanía, segundo estima o Concello. A Feira de Oportunidades resulta útil para que os establecementos participantes se desfagan de existencias de fin de tempada. Para os clientes, a principal vantaxe é que poden aproveitar os importantes descontos da liquidación para adquirir produtos coa calidade habitual.

Unha empresa de fabricación metalúrxica que incorpora novas tecnoloxías e unha de deseño e fabricación de maquinaria especializada que explora novos mercados. Son dúas das grandes novidades en positivo que se coñeceron no sector económico da comarca nas últimas semanas. A metalúrxica é SteelCore, con orixe en Mesía e instalacións tamén en Ordes. A empresa incorporou recentemente unha cortadora láser de alta tecnoloxía, coa que reduce o consumo eléctrico o gaña en calidade e precisión de acabado nos produtos que lles ofrece aos seus clientes. SteelCore está dedicada a fabricar mobles e complementos metálicos, principalmente para tendas de moda e establecementos hostaleiros, así como pezas para ascensores e equipos de elevación. Strong Bull, radicada en Chaián (Trazo), é a firma especializada en deseño e fabricación de maquinaria específica para a elaboración de aluminio, PVC, composite ou madeira. A empresa comezou a exportar en 2005 e os mercados externos representan agora o 50 % da súa facturación, con vendas na área da Unión Europea, e en Brasil, Colombia, México, Ecuador, Marrocos, Alxeria, Senegal ou Nova Zelanda.

COMARCA

A Mancomunidade quere contratar un xestor de ofertas e demandas de emprego A Mancomunidade de Ordes solicitou unha axuda autonómica duns 26.000 euros para contratar por un ano o que denomina un prospector de emprego. Trataríase dunha persoa que efectuaría tarefas de información sobre o mercado de traballo e as ofertas de emprego, sobre políticas de emprego e sobre os incentivos e medios existentes para poñer en marcha iniciativas emprendedoras. Segundo a entidade supramunicipal, esta figura informará e xestionará as ofertas axeitadas para os usuarios do servizo e servirá de enlace entre empresas e axentes do mercado de traballo para informar sobre iniciativas que faciliten a inserción laboral, observar as necesidades das empresas e casar ofertas e demandas. O novo profesional, no caso de ser contratado, sumarase ás figuras de axente e de orientador da emprego que xa ten a Mancomunidade.

APOIADAS POLO IGAPE As dúas compañías recibiron días atrás a visita de Javier Aguilera, director do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), entidade que apoiou as súas iniciativas a través dos seus programas. No caso de SteelCore, recibiu apoio para incorporar a nova máquina no marco da Axenda da Competitividade Galicia-Industria 4.0. O

Visita do responsable do IGAPE ás instalacións da empresa SteelCore

Javier Aguilera (esquerda), co responsable da compañía Strong Bull, de Trazo

representante do organismo autonómico aproveitou para repasar algúns dos programas para investimentos e emprendedores que teñen en marcha, así como o concurso de ideas

para proxectos de fábrica intelixente. Strong Bull, pola súa parte, apoiouse no programa Foexga para iniciar e reforzar a súa presenza nos mercados de exportación.

NOVA ECONOMÍA Procuran aumentar o tecido empresarial con trazos éticos

Un encontro promoveu en Ordes iniciativas de economía alternativa e solidaria A Praza de Abastos de Ordes acolleu a primeira edición do Encontro de Economía Alternativa e Solidaria de Galicia, baixo o lema ‘Intercooperar!’. Esta xuntanza tivo como obxectivo darlles visibilidade e coñecer directamente as persoas que forman parte do sector, creando ou revitalizando espazos de intercooperación. Mesas informativas, pequenos relatorios das persoas participan-

tes inscritas, ou mesas de traballo de mercado social foron algunhas das actividades e contidos programados. Para o remate, o punto festivo púxoo o grupo musical ‘La brizna de paja’. O encontro resultou, por tanto, de interese para todas as entidades da chamada economía social, alternativa e solidaria de Galicia, tanto para dar a coñecer o seu propio traballo como para informarse do que xa

se está facendo ou do que se planea neste ámbito na contorna. A iniciativa foi organizada pola Rede de Economía Alternativa e Solidaria (REAS) en Galicia, que forma parte dunha rede de ámbito español conformada por unas cincocentas entidades que procuran desde hai máis de dúas décadas un novo modelo económico, con fundamentos éticos e solidarios.


Crónicas - Febreiro 2016

17

xente dE aquí ORDES Preparan o lanzamento da sonda MarumaSat no IES Maruxa Mallo

De Ordes ata a estratosfera, o venres 20 de maio 20 de maio. É o día fixado para o lanzamento dunha sonda estratosférica desde Ordes. Do proxecto encárgase o alumnado de terceiro curso da ESO do IES Maruxa Mallo, que levan tempo traballando no deseño, construción e lanzamento do aparato, bautizado como MaruMaSat. A sonda situarase a uns 35.000 metros de altura e recollerá información sobre a atmosfera e o espazo. Como paso previo e co apoio dos compañeiros de primeiro curso, os

ORDES

A biblioteca pública municipal rematou 2015 cun incremento de case 200 socios activos A biblioteca pública municipal de Ordes acadou en 2015 un total de 2.197 socios, o que supuxo un incremento de 180 con respecto ao ano previo 2014. Así se recolle no balance presentado, referido a persoas que de maneira habitual utilizan as instalacións e o servizo de préstamo de libros e demais material do centro. Desde o Concello aseguran ademais que o número de rexistros bibliográficos se incrementou tamén no ano pasado, desde os 16.872 ata os 17.378. E tamén destacan o posicionamento da biblioteca en canto a número de consultas dos centros pertencentes á Rede de Bibliotecas de Galicia. Estaría na vixésima posición dun total de 400 centros, con máis de 122.000 consultas á web, case 64.000 ao catálogo e unhas 55.000 visualizacións. De maneira presencial, no centro contan máis de 24.000 consultas realizadas durante o ano pasado, ao que habería que engadir unhas 800 de tipo telefónico.

estudantes instalaron unha caseta tecnolóxica para recoller datos atmosféricos O proxecto “Cos pés no chan e os ollos nas estrelas” ten un alto compoñente divulgativo. De feito, teñen previsto emitir o lanzamento por internet. De momento, todas as novidades poden seguirse nas redes sociais facebook (Maruma Sat), twitter (@marumasat) ou instagram (@marumasat). Tamén manteñen o blog marumasat.blogs.sapo.pt e publica-

ron un vídeo promocional e de presentación en youtube. E para escribirlles, o enderezo electrónico marumasat.ordes@gmail.com. AGRADECEMENTOS A iniciativa é posible co financiamento do comercio local, diversos particulares e do Concello. O alumnado, os docentes e a directiva do centro educativo agradeceron a colaboración e axuda que obtiveron para a súa campaña.

ORDES

ORDES

‘Historias da maletra’ con Raquel Queizás para os nenos e nenas

A representación levou varias decenas de nenos e nenas á biblioteca ordense

‘Historias da maletra’, da contacontos ourensá Raquel Queizás, foi a recente proposta das ‘Tardes de contos e lendas’ da biblioteca de Ordes. A función, para un público infantil e familiar, tivo entrada libre e de balde. Queizás, unha das narradoras de referencia do panorama escénico galego, vai relatando neste

Imaxe do vídeo promocional do lanzamento da sonda estratosférica

espectáculo contos que falan de xente de moitos países, de xente diferente, pero non porque veñan dun país afastado, senón porque teñen algo que os fai un pouco distintos aos demais. A intención é que os cativos perciban que cada persoa ten unha forma de ser, que a fai distinta pero non mellor nin peor.

A Banda de Música inicia este 25 de febreiro os eventos de celebración do seu 25º aniversario A Banda de Música de Ordes celebra este ano o seu vixésimo quinto aniversario. Para iso, programou unha serie de eventos que comezan este mesmo 25 de febreiro. Será unha actuación conxunta co trío ‘Vaamonde, Lamas e Romero’, coa que a boa música estará combinada co humor. Máis adiante desenvolverase un enfoque máis tradicional da música de banda, con ‘A tres bandas’, e outro fundamentado para o lecer da infancia e as familias con ‘Teatro de banda’. A intención da formación musical é conmemorar a efeméride con toda a veciñanza de Ordes e da contorna. Ademais destas diversas actuacións que lembran a estrea en público da Banda de Ordes o 26 de xullo de 1991, teñen previsto gravar un cedé conmemorativo dos 25 anos en conxunto con agrupacións musicais e culturais da comarca como corais, formacións folclóricas e outras entidades que traballan no ámbito cultural e concretamente no musical.


18

Crónicas - Febreiro 2016

xente dE aquí ENTREVISTA Cristina Carro Iglesias, de Mesía, a mellor manexadora de gando da comarca e parte do mundo

“As grandes granxas son cousa de xer

Cristina Carro, de Mesía, acaba de obter o primeiro premio no Dairy Show de Verona (Italia). O evento é unha das máximas referencias mundiais nos certames de manexo de gando. Aos seus dezasete anos, é unha grande experta nesta materia. Nesta entrevista en Crónicas, explica a dinámica destes certames e reflexiona tamén sobre a crise do sector leiteiro. - En que consiste o manexo dunha res? Que tarefas inclúe? - O principal é que o animal se vexa o mellor posible, tes que tratar de lucir con el sobre todo para chamar a atención do xuíz ou dun posible comprador entre os outros gan- Cristina Carro Iglesias, na imaxe recollendo o Gran Premio de España de xovencas, obtivo en Italia o seu maior galardón ata agora deiros e o público. É moi importante saber cales son os seus defectos, xa que gañei por primeira vez no 2006. grandes concursos e grandes gandei- ande ou non ande”. As últimas tenque moitos non se conseguen disi- O campionato nacional de España ga- ros, vendo o seu traballo e o seu es- dencias son as vacas medianas, comular só co gran traballo que fan os ñeino nos anos 2012, 2014 e 2015. forzo e intentar como mínimo apren- rrectas de todo, harmoniosas aínda preparadores profesionais, e intentar Gañei algunha das escolas realizadas der deles pero desde logo non é un que non destaquen en grandes pardisimulalos para que se noten o me- para xóvenes preparados tanto a ni- traballo da noite para a mañán. As tes. nos posible. Todo o contrario é o que vel galego como a nivel español, pero grandes granxas son cousa de xera- En que destacas, en que lles sase ten que facer coas grandes virtu- o maior premio ata agora é o máis re- cións ou noutros casos de moitos, cas vantaxe aos teus rivais nos cerdes que pode ter cada animal, tra- cente de júnior champion en Verona. moitos cartos. tames? tando de destacalas ao máximo. Cos animais da nosa granxa non - Resulta unha actividade peri- Non é sacar vantaxes, quizais A colocación da cabeza da xata ou temos ningún concurso europeo, gosa? sexa ese día ou que lle gusta o teu da vaca é un dos puntos clave pois pero si a gran campioa de xatas e xo- Non. A min gústame o que fago modo de manexar a ese xuíz. Pero debe ir nunha posición natural para vencas Gandagro 2014 e a gran cam- e está claro que non lle teño medo. ninguén che asegura que a xata non evitar dar unha mala imaxe. Moitos poioa nacional do 2015. Pero pódese dicir que todo ten o seu se asuste por calquera cousa e che animais teñen pequenos problemas - Desde cando e como aprendi- risco neste mundo. estropee o concurso, ou que non lle de mobilidade, uns son mellores ca- ches? Supón moitas horas de prepa- Que se valora nos concursos? En gustes ao xuíz, é demasiado relativo. miñando no ring e outros peores. Ese ración? que poñen o ollo os xuíces? Aínda que creo que pouca xente o é outro dos traballos dun bo manexa- Supoño que aprendín dende que - Valórase ata o máis mínimo de- vive coma min, que non a todos lles dor, canto máis profesional sexas me- nacín. Non hai un día marcado, re- talle, dende o desenvolvemento nas apaixoa coma min, que non a tollor disimularás o mal camiñar do cordo as vacas de toda a vida, aínda xatas máis pequenas ata a capaci- dos lles encanta o que me encanta animal. A túa expresión e a túa po- que probablemente me fixera máis dade corporal que debe ter unha boa a min... Eu disfruto e é o meu mosición tamén desprofesional estes novilla. Dáselle gran importancia ás mento de gloria. tacan o moito ou ou tres úl- patas, a podoloxía antes dun con- Imaxinamos que é fundamental “Aprendín o manexo desde dous pouco profesional timos anos me- curso é moi importante pero pode- transmitirlle tranquilidade ao anique nacín, aínda que que es xa que hai llorando pouco a mos dicir que hoxe en día contamos mal. Como se logra iso no contexto que recordar que con grandes profesionais. do concurso, con público, ruídos…? nestes tres últimos anos pouco. é un concurso de Aprendín graTamén que os animais estean ben Co meu carácter e os meus nerfíxenme máis profesional” cias a miñas ir- lavados, que se vexa o branco com- vios- non gando e o que se son a máis indicada para fatrata é de presenmás, ás que ta- pletamente branco coas colas ben lar de tranquilidade. Hai que ter en tar o teu animal do mellor modo po- mén lles encanta este mundo e cardadas dá moi boa imaxe. Pero qui- conta que os animais deben estar sible. fóronme ensinando pouco a pouco, zais unha das cousas máis importan- moi domados da casa, co paso como - O premio no Dairy Show de Ve- en escolas que se celebran para quen tes é a condición corporal na que es- o que van ter na pista e ser tranquirona non é, por suposto, o teu pri- queira aprender a preparar animais tea o animal, á fin e ao cabo busca- los. E iso só se logra con moitas horas meiro premio relevante. Poderías para concursos... Pero se de verdade mos atopar a máis guapa. de traballo na casa. facernos un repaso polo máis desta- queres ser profesional e mellorar tes Nas vacas de leite está claro que No concurso hai máis animais e cado do teu palmarés? que aprender un pouco de todos os o máis importante é o ubre... Pero iso dálles tranquilidade, si é verdade - Como manexadora a nivel ga- bos, ver como o fai outra xente e que- como todo isto vai por modas e gus- que a xente ás veces non axuda. lego non recordo exactamente can- darte co mellor de cada un. tos uns buscan vacas pequenas con Unha vez na pista xa está nas túas tos concursos levo gañados. ProbaCreo que o mellor para aprender bos ubres e outros vacas grandes, mans. Un bo manexador debe conblemente son máis de seis dende neste mundiño é viaxando, vendo como di o refrán: “cabalo grande trolar en todo momento o animal,


Crónicas - Febreiro 2016

19

xente dE aquí Cristina Carro Iglesias, de Mesía, a mellor manexadora de gando da comarca e parte do mundo ENTREVISTA

racións, ou de moitos, moitos cartos” polo que imaxino que cada un terá o seu truco. Creo que con iso nácese, non é como aprender a sumar ou restar, é algo que sae de ti, e canto máis che guste mellor o farás. - O manexo é unha cuestión estética, de espectáculo incluso, ou ten tamén unha utilidade no día a día da explotación? - Nos concursos búscase a vaca ideal, deseñada para ser a vaca perfecta. É dicir, o mínimo de enfermidades, o mínimo de problemas e o máximo rendemento na granxa. Moita xente non o entende pero ese é o prototipo de vaca cara o que avanzan as melloras na xenética da holstein. Unha vaca con boas patas daráche moitos menos problemas de podoloxía que unha vaca con malas patas. Unha vaca cun bo ubre será moito máis doada de muxir. Unha vaca cunha gran capacidade comerá máis e será máis forte. Polo tanto menos enfermidades e máis leite, polo que si ten utilidade na explotación. En canto ao tema de espectáculo depende que concurso miremos. Se falamos de rexionais como o de Galiza ou outros de España, non son grandes espectáculos, pero se falamos de concursos como a Swiss Expo estamos a falar de palabras maiores. Aí van animais incribles e é un espectáculo impresionante. Eu debo recoñecer que me quedei coa boca aberta do espectáculo que fan no concurso, pero como ese o Royal ou o WDE. Estes celébranse en Canadá e América e como é de esperar son dous grandes espectáculos. Pero debemos pensar que unha vez que sacas os teus animais a un show o que buscas é a venda de animais ou embrións a xente que se dedica a isto. Non só busca a venda de leite, a venda de animais pode traer moitos cartos e é un bo negocio. É

G

normal que se fagan grandes espec- a crise no sector leiteiro, que xa dura táculos, se intentas vender un dia- anos pero que nos últimos meses se mante non o fas de calquera modo e agravou ata o extremo? cada unha das vacas é un diamante, - Estamos a vivila mal, moi mal, toda unha vida de traballo para cada porque de nada vale ter unha granxa propietario. moi moderna, moi saneada, cun bo - Cal é o teu próximo concurso? manexo e con produtos de sanidade, Hai un calendario moi intenso? se logo non cho teñen en conta cando - O próximo é agora en abril e ha- os tes que sacar ao mercado. Porque berá algún máis este ano. A verdade todo iso ten uns custos e queda moi é que en España pode haber arredor bonito para quen visita e quen ve daduns dez ao ano ou incluso máis. A tos, pero moi mal para o gandeiro nivel mundial non estou moi segura que non lle quedan cartos. E iso non pero pódome está recoñecido atrever a dicir que nin pola adminisde media hai un “A culpa do prezo do leite é tración nin pocada semana. Hai de toda a cadea, con máis las industrias nin meses en que non fincapé na administración e pola distribución, hai tantos, pero e moi pouco polo menos no consumidor” hai épocas como consumidor que na primavera ou non esixe produno outono nas que hai moitos. tos de calidade e que marquen unha - Polo que observas, que tal se orixe. manexan os gandeiros da zona co - A quen cres que cabe culpar? seu gando? Cal sería o principal con- Que solucións ves para o problema sello que lles darías? Que problemas dos prezos? poden evitar? - Creo que se debe culpar a toda - Na miña zona manéxanse ben a cadea do sector, dende os producporque é unha zona de gandeiros tores a distribución pasando pola inprofesionais. O principal consello é dustria, pero con máis fincapé na addifícil dicilo, pero creo que o tema ministración e unha pequena parte o das forraxes de mellores calidades consumidor. e en maiores cantidades para poder Este último creo que é o que meafrontar os tempos difíciles que nos nos culpa ten. Como dixen antes, deestá a impoñer o libre mercado sería bería esixir calidade no produto e saun bo consello. ber de onde vén. A miúdo escóitase Pódense evitar moitos proble- dicir que o leite de agora non é coma mas, dende os sanitarios en campa- o de antes, pero logo cando estás na ñas oficiais para non ter transmisión, caixa do súper o que ves saír son cae a maiores problemas de podoloxía, rros con bricks de marcas que ou non problemas post-parto, problemas de se coñecen ou que moito deixan que mamite, problemas de estrés que desexar á hora de ver que o que leafecta gravemente as produccións ven dentro se pareza ao que pon por porque as vacas son animais que se fóra: leite. estresan de xeito moi doado... Á distribución, por mirar só a súa - Ata onde sabemos, a granxa da conta de resultados, impórtarlle moi túa familia é unha das referencias na pouco o que é o país e o seu tecido comarca, por dimensión, innovación produtivo. E a industria, pola súa falta tecnolóxica… Como estades vivindo de realmente ser industria e non mo-

nicreques da distribución, non está ao lado do gandeiro e flaquea diante da distribución. Da administración poderíanse dicir moitas cousas, pero ímolo deixar en dúas. Unha é que non sabe que sector produtor quere, déixao ao “sálvese quen poida”. E outra é que non é capaz de aplicar nin os acordos que ela mesma asina solemnemente, os que ela mesma chama acordos históricos. Os produtores, despois de todas as reformas que sufrimos e as adaptacións que tivemos que facer, e co nivel de profesionalidade que temos hoxe en día, penso que a nosa culpa é ir máis avanzados do que vai o momento. O problema dos prezos non ten doada solución pero se o problema dos prezos é o sobrepaso terán que regulala, vía cotas ou vía prezos (reducir a produción e aumentar os prezos) porque unha empresa como é unha gandeiría necesita un diñeiro a fin de mes. E ese diñeiro ten que entrar porque os pagos hai que facelos e os animais non son máquinas para apagar, consumen todos os días. - Que pode facer unha granxa para rendibilizar máis o negocio? - Ser eficiente en todos os seus apartados, como son a alimentación, o manexo, a reprodución, o control sanitario, ou a produción de forraxes. Porque no que se refire á venda do seu produto xa non pode negociar, vén imposto e estamos a falar dun produto que non se pode almacenar na explotación. - Queres dedicarte profesionalmente á gandería? Es optimista? - Si, claro que quero dedicarme profesionalmente a gandería e de momento si que teño optimismo. Eu sigo pensando o que pensan os anteriores a min: que isto algún día terá que cambiar.

Marcos Guerra Mengual Bernardo Guerra González

A CORUÑA c/ Asturias, 9 Lunes o Viernes - 11:00 a 13:30

ABOGADO - GRADUADO SOCIAL

CARBALLO c/ Fomento, 16 Entrs. Jueves - 11:00 a 13:30

G

ASESORÍA JURÍDICA

PREFERENTES

PENSIONES

SEPARACIONES

SEGURIDAD SOCIAL

CIVIL / HERENCIAS

Telf. 981 150 128

ORDES Rúa Compostela, 16 bajo Miércoles - 11:00 a 13:30

Fax 981 246 789


20

Crónicas - Febreiro 2016

xente dE aquí OROSO

FRADES

Diego Conde, veciño de Oroso, biógrafo de Juan Rof Codina

Concepción Carneiro celebra o seu centésimo cumpreanos

Diego Conde Gómez, ourensán e veciño de Sigüeiro (Oroso), presentou o seu libro ‘Juan Rof Codina. Renovación na veterinaria e gandaría galega contemporánea’, editado en Xerais en 2015. A obra é unha completa e rigorosa biografía sobre o innovador veterinario que transformou en Galicia unha profesión de gran trascendencia, dada a relevancia da actividade gandeira no país. O traballo, que evidencia aspectos ata agora ocultos da figura de Rof Codina (1874-1967), foi merecedor da segunda edición do premio Jesús García Calvo, convocado polo Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia (Idega) e a Fundación Feiraco para recoñecer investigacións que contribúan ao coñecemento e desenvolvemento do medio rural e do cooperativismo en Galicia. Conde é doutor en Veterinaria e membro colaborador do Grupo de Investigación de Historia Agraria e Política do Mundo Rural da

Diego Conde, no centro, durante a presentación do libro en Sigüeiro

Universidade de Santiago, así como da Asociación Historia Veterinaria Galega (HISVEGA). En 2013, gañou o IX Premio de Ensaio “Manuel Murguía” da Deputación da Coruña coa obra ‘Canto val unha vaca? Da cuestión agraria á cuestión pecuaria en Galicia’.

Carneiro, a única centenaria do municipio, recibe a placa de mans do alcalde

Concepción Carneiro Castro, veciña de Vilarello de Arriba (Moar, Frades), celebrou o seu centésimo cumpreanos o 12 de febreiro. O alcalde, Roberto Rey, acudiu ao seu domicilio acompañado de varios edís para entregarlle unha placa conmemorativa e un ramo de flores. Ao día seguinte, sábado, ce-

lebrouse unha festa familiar. Carneiro está viúva e ten sete fillos, doce netos e oito bisnetos. Mantén unha boa saúde e só se operou unha vez, de cataratas, mais a vista aínda lle permite ler sen moita dificultade e xogar ás cartas. Camiña sen necesidade de bastón e non deixa de acudir as cortes para manter os animais.

ORDES

ORDES

Culmina o décimo curso de cociña das amas de casa

Sesión maxistral de cociña no curso de habilidades sociais

No curso, impartido polo profesor Jenaro Fieira, participaron ata quince persoas

Recentemente rematou a décima edición do curso de cociña organizado e xestionado pola Asociación de Amas de Casa de Ordes, que se desenvolveu nas instalacións da Casa da Cultura. As clases, que se impartiron en horario de tarde durante sete sá-

bados, estiveron a cargo do profesor de cociña Jenaro Fieira. Por razóns de espazo, tiveron ocasión de participar ata quince persoas. En cada clase o alumnado preparou un novo menú, postres incluídos, con variedade de propostas recollidas nun recetario.

A cita recadou uns 2.000 euros para a investigación da enfermidade

Os usuarios e usuarias do curso de habilidades sociais que o Concello de Ordes imparte no Mesón do Vento tiveron unha clase maxistral de cociña da man do cociñeiro Tito Fernández Calvo, que no seu currículo ten unha manchea de establecementos de considerable prestixio.

Seguindo as instruccións de Fernández, os asistentes ao curso de habilidades sociais elaboraron pasta fresca e ñoquis con queixo. Fernández Calvo amosouse moi satisfeito coa experiencia e ofreceuse a repetir a iniciativa en canto a súa axenda lle ofreza o tempo suficiente.


crónicas - Febreiro 2016

21

dePORteS TIRO CON ARCO Alejandro Viqueira Iglesias, Carlos Sánchez Paz e Fátima Rodríguez Liste

tres pratas ordenses no terceiro trofeo municipal

Representación local no III Trofeo Concello de Ordes de tiro con arco

A competición desenvolveuse nas instalacións do pavillón do Mesón do Vento

A escola municipal de tiro con arco de Ordes logrou tres medallas de prata no III Trofeo Concello de Ordes desta especialidade. Foron para Alejandro Viqueira Iglesias na categoría infantil masculina, para Carlos Sánchez Paz en novel masculino, e para Fátima Rodríguez Liste en senior feminina. A competición desenvolveuse no

maior afluencia de público de todos os celebrados ata agora”. O trofeo, seguido por un numeroso público, tivo categorías de esquíos, benxamín, alevín, infantil, cadete, novel e sénior. Por parte do Concello de Ordes, o concelleiro de Deportes e Mocidade, Luís Caamaño, foi quen se encargou de entregar os premios e medallas.

polideportivo do Mesón do Vento e congregou oitenta deportistas de todas as idades, procedentes de entidades de Carral, Vimianzo, A Coruña, Guitiriz, Teo, A Laracha, Lugo, Boimorto ou Betanzos, ademais do propio Ordes. O Club Adarve encargouse de marcar as directrices do campionato, que segundo o Concello rexistrou “a

Por equipos, cabe destacar a preponderancia do Dous por Setenta, do municipio coruñés de Vimianzo, posto que os seus tiradores acadaron trece das trinta e cinco medallas que se entregaron. Nas categorías benxamín, tanto masculina como feminina, o dominio desta entidade foi absoluto, facéndose cos tres postos do podio.

Merendas e pulpeira todo o día CARPAS CERRADAS A partir das 12:00 h: degustación gratuíta das tortillas de masa con torriscos, elaboradas alí mesmo Ás 13:30 h: actuación da CHARANGA MEKÁNIKA Ás 16:00 h: FOLIADA DA MERENDA con actuación de grupos folk A partir das 19:00 h: gran verbena a cargo das orquestras:

GPS: 43º 0´ 58´´ N - 8º 16´ 54 ´´ W

Organiza:

Colabora:

A.V.V. “Os Pasos”

Concello de Frades


22

Crónicas - Febreiro 2016

DEPORTES CAMPIONATO GALEGO

TAEKWONDO Lograron o acceso ás preseleccións para os campionatos españois

As ordenses Antía Martínez e Lara López triunfan en salvamento

A ordense Ainhoa Ramos e a orosá Sara Gacio Cendal, subcampioas galegas

No Campionato Galego de Salvamento, a ordense Antía Martínez, do Club Salvamento Cerceda, proclamouse campioa galega nas probas de 50 e 100 metros, manequín aletas e arrastre manequín, ademais de acadar o recoñecemento como mellor deportista infantil. Lara López, tamén de Ordes e do Club de Sada, proclamouse campioa galega na proba de 100 manequín aletas, e terceira nos 100 metros e combinadas.

Podio da competición na que participou Sara Gacio Cendal

Ramos Manteiga coa súa medalla

O taekwondo da comarca sumou dous considerables éxitos en campionatos galegos. Un veu unha vez máis da man da ordense Ainhoa Ramos Manteiga e outro por parte da orosá Sara Gacio Cendal. Nos dous casos foron medallas de prata. Ramos Manteiga logrou o seu

a clasificación para as preseleccións da selección galega que acuda ao Campionato de España cadete 2016. Gacio gañou todos os seus combates con moita superioridade sobre as rivais, a non ser o da final, que foi moi axustado e recaeu na campioa de España cadete, Ana Dosil.

subcampionato na categoría sub 21 na Coruña. O resultado garantiulle poder disputar as preseleccións para o Campionato de España sub 21, no que fora quinta o pasado ano. Gacio Cendal foi subcampioa galega en categoría cadete e modalidade combate en Boiro Tamén logrou

KARATE

XADREZ

Bronce para Núñez no Oporto International Karate Open

Martín Pena, medalla de bronce no galego de xadrez en Viveiro

Emma Núñez (dereita), no podio do importante campionato portugués

Pena Varela, do Club Xadrez Oroso, suma outra medalla ao seu palmarés

A cercedense Emma Núñez logrou a medalla de bronce no Oporto International Karate Open, ao que concorreron 1.123 deportistas de nove países. Núñez competiu en categoría cadete, na modalidade de kata, e gañou por 5-0 todos os enfrontamentos, a non ser contra a representante extremeña (1-4). Este é o

Martín Pena Varela, do Club Xadrez Oroso, obtivo a medalla de bronce no Campionato Galego de Xadrez 2016 celebrado en Viveiro (Lugo) coa participación dos mellores xogadores da categoría, ata o punto de que o podio non se decidiu ata a derradira ronda. Martín fixo un fantástico campionato, ao entender dos respon-

seu terceiro trofeo internacional en terras lusas, despois dun ouro en Monçao hai dúas tempadas e o bronce de hai unhas semanas en Vila das Neves. Por outra parte, a karateca fíxose tamén co bronce no VII Torneo Internacional de Karate Feminino Teresa Herrera, no que foi convocada coa selección galega.

sables do club, que destacan que empatou a puntos co subcampión galego. Só perdeu a segunda das oito rondas disputadas, quizais por mor dun ambiente de xogo “alborotado” nese momento na sala, que lle impediu concentrarse o suficiente. Desde aí foi recuperando e mesmo empatou na partida fronte ao posterior campión.


crónicas - Febreiro 2016

23

OPiniÓn Os paxariños da Alameda Azoradas estás as gaivotas despois de ver como entre elas aparece o tartarugo presumindo do que realmente é a súa extrema lentitude. Onde diaños está o mérito?, preguntou unha. Tómanos por parvos, avisou outra. O que pasa é que non se dan conta de que o tartarugo procede pouco menos que doutro planeta, daquel ámbito que imperou tanto tempo e no que nada, nada, nada se movía, porque non se necesitaba. Entón agora cada xesto, cada aceno, parece unha revolución. Pero de aí a presumir, é moi certo que a ridiculez dá ata noxo.

Sección de chíos, murmuracións e faladorías pilladas polo aire, unhas máis certas que outras

descubriron algúns dos escándalos recentes. Algúns son de pouca envergadura, pero o interese por negalos fai que aparezan dúbidas sobre o seu alcance. E outros si son desvaríos maiúsculos, que aínda van dar disgustos, portadas e probas de pésima xestión. Volvendo ao tartarugo, a pomba reparou en que a axuda para a que o marketing vende como ultrasónica pericia vén agora da ave máis interesada en que os azetanets estean ben ordenadiños. No caso de que antes foran hixienizados, claro. Porque se aínda teñen restos daquela merda xa se sabe que prefire os documentos revoltos e as estancias perfumadas e sen airear.

Noutra onda, pero ao ladiño, o que queda ridículo non son estas exhibicións de falsos fitos e farsas de acontecementos extraordinarios. Non. Alí o que queda ridículo é a ocultación. Nunca tanta pluma gastaron en tapar o niño. Algún ornitólogo pensou que se trata dun hábito da especie para preservar os ovos, pero despois ben viu que o efecto é o contrario porque tanta pluma de disfraz chama a atención dos depredadores. É así como se

Que uns trances non teñen que ver cos outros. Por suposto. Pero a gaivota, que máis adiante pretende voar ata a torre máis alta, aproveita toda ocasión para encargar que se limpen os expedientes. E neste caso máis, que xa se sabe o mal que pode cheirar o queixo podre.

O ventrílocuo desvaría. Xa hai tempo que o fai. Non pasaría nada se perdese a capacidade de dirixir o discurso das súas aves, das poucas que lle quedan. Pero sucede que canto máis desvaría máis fielmente se trasladan as mensaxes. O resultado? Espectáculos innecesarios, paroxismos, burlas merecidas, propios e alleos desorientados... As máis contentas son as pitas de monte, que asisten estupefactas, entretidas e divertidas, á decadencia do ser. E aproveitan, si, para facerse co terreo que quede libre. Todo a monte, pero labrar saben. A verdade, que debe ser dita, é que tampouco quedaba xa moita extensión para cultivar. Porque a política de terra queimada non dá máis de si. E van tantas mentiras, algunhas repetidas ata a náusea, tantos espectáculos degradantes, tantos desterros e tantas pelexas, que o propio xardineiro, que nunca perdera a esperanza, xa dá por perdida a planta e advirte de que a roseira non vai florecer máis, nin con fertilizantes nin con enxertos.

Houbo chíos moi prudentes por ese campo, que aconsellaban ben e que terían permitido a salvación da especie. Pero tanto mirar para o embigo só xerou desconfianza, rastreira a máis non poder, e ao final alí quedaron os que nin aconsellan nin se deixan aconsellar. E pola ventá só se escoitan cantos para a desesperación, mal acompasados co bater das ás, todo cada vez máis feble. A propia caixa de resonancia do peteiro, estúpida a máis non poder, perdeu a efectividade que se lle presupoñía. Nunca a tivo. A garza, que lle dedicou tempo estas semanas ás ondas gravitacionais, sobrevoa moito ultimamente un territorio no que todo parece sumido no peor dos marasmos. Os tempos volvéronse alí cíclicos, apáticos, depresivos, carentes da máis mínima innovación. Tanto dá que haxa aves no niño como que se ausenten, os ciclos vitais preservan o seu carácter pendular. Inercia pura é o que queda, pero aínda cos voos máis altos e vigorosos non abonda. Que alguén rexistre o aviso.

O TAQUÍGRAFO DISLÉXICO

Morbo televisado contra a cidadanía Estes días vivíronse por Ordes un par deses sucesos que lles fan a boca auga a eses directores sen escrúpulos de medios sen escrúpulos, que aínda quedan uns e outros. Son desas noticias que non dubidan en colocar ben na portada ou coas que encher páxinas, sen saber buscarlles outro percorrido que a mera recreación no anecdotario dos feitos. “Eso vende”, xustifican burlóns. “Nos evitamos problemas políticos y entretenemos a la gente”, alardean con rotunda sinceridade, por certo. Si. Frases deste estilo e ben peores escoitáronse, ou polo menos pensáronse, estes días en redaccións alleas. Seguro que si. Non os vou culpar desde aquí, cumpren unha función. Non vou restregarlles a maldita comodidade desde a que unha minoría de ineptos afunden a profesión desde postos de responsabilidade, están ben vistos. Non vou poñerlles paus nas rodas coas que desprazan as súas insignificantes conciencias pola lama esvaradía da frivolidade, élles rendi-

ble. E non vou darlles leccións porque, modestamente, nin son quen de facelo nin creo que aprendesen nada. Do que non desisto é de facer unha reflexión xeral a partir do acontecido e do non acontecido. Se hai quen o quere ver demagóxico, que o vexa. Pero está feita desde a convicción do que me parece necesario no contexto do que debería ser unha cidadanía madura. Que lle ofreceu ‘a vida’ ao suposto agresor duns veciños en Vilamaior? Quiten o de ‘a vida’. De perdidos, á demagoxia. Poñan ‘o sistema’. Ningunha institución pública coñecía o seu problema social? Hai máis intervencións contra o alcoholismo que a edición dunhas pegatinas? Nalgún despacho saben o que probablemente leve pasado a familia? Que apoio tivo? Cantos funcionarios foron enviados a axudarlle nos últimos anos contra tal deriva? Ben menos que axentes acudiron á detención. Por suposto, non xustifico ningún comportamento violento nin poño en dúbida o bo proceder da Garda Civil,

que cumpriu profesionalmente co seu deber de garantir a seguridade. Pero temos todos claro que o único que viu ‘o sistema’ neste cidadán foi a posibilidade de converter a súa desgracia, que é un pouco de todos e da que ninguén está libre, nun circo co que distraer os demais? Ah, claro: “nos evitamos problemas políticos y entretenemos a la gente...”. Esquecía as prioridades... Resulta atroz, repudiable e moi noxenta a retransmisión de morbo que, neste e en tantos casos, fixo a televisión orto-nómica, sen perdón. Claro que hai uns feitos que contar. Claro que hai moitas formas de contalos. Pero ante todo deben contarse desde o respecto, mantendo as formas e buscando as causas en vez de deterse nos aspectos truculentos. Aínda que só sexa porque se fai con cartos públicos, como cidadáns debe preocuparnos esta agresión moral televisada a todos nós. Destrúenos como persoas, reclúenos unicamente como protagonistas de ‘desgracias cómi-

cas’. Como moito, podemos aspirar a opinar da meteoroloxía. Non esperen velos en Vilamaior preguntando pola crise do leite, polo nivel das pensións, polos impagos de Deus ou polo plan urbanístico. “No vende”. E así un continuo peta-peta. Porque ao pouco tempo estas mesmas pezas do ‘sistema’, nada inxenuas, perpretraron outra brutalidade semellante en Leira, como puido ser en Anxeriz. O primeiro que habería que avaliar neste suceso é como, por que e por culpa de quen trascendeu a identidade da persoa afectada e sobre todo unha imaxe do acontecido. Urxe que o Concello o aclare, posto que a todas luces foi tomada por traballadores municipais que si deberían ter escrúpulos. Porque dos de sempre, dos que non os teñen, non cabía agardar outro comportamento. Con indisimulado ánimo burlesco, non tiveron reparo en facerse con declaracións do ‘seu’ protagonista, sen preguntarse tampouco que lle ofreceu ‘a vida’ antes de caer nun lavadoiro. A quen lle importa?


Crónicas

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L. Peche de edición: 19-02-2016. Depósito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com

ÁLBUM Algunhas das imaxes máis significativas das celebracións do entroido nos municipios da contorna

O entroido non ten remate en toda a comarca O mal tempo levou o gran concurso de disfraces de Ordes ao pavillón Castelao I. Superou os 2.500 espectadores e os 500 participantes, procedentes de diversos puntos da provincia. Repartíronse máis de 4.000 euros en premios. O entroido impregnou tamén as actividades de conciliación e entretivo e animou os máis pequenos na tarde de entroidada do martes de entroido. En Oroso, o concurso de disfraces congregou unhas 1.500 persoas no polideportivo de Sigüeiro. Con máis de 3.000 euros en premios, o certame tivo como principais gañadoras comparsas de Ordes e do propio Oroso. En Oroso destaca tamén o concurso de receitas ‘En galego sabe mellor’, que outorgou o primeiro premio a José Ramón Pulleiro cunhas filloas caramelizadas con queixo e marmelo. No entroido de Frades, a Festa de Disfraces encheu o polideportivo da Pontecarreira, con participantes que chegaron de toda a contorna. En Cerceda, unha das celebracións máis características é o entroido veciñal, que este ano someteu a consulta popular a proclamación da independencia da Silva, con moita festa e retranca.

A Festa do Entroido de Mesía trasladouse este ano ao polideportivo municipal en Visantoña. Reservada para veciños e veciñas, con xogos e un desfile de disfraces non competitivo, reuniu unhas trescentas persoas.

En Trazo, é xa unha tradición a Festa da Corrida do Galo, na parroquia de Restande. Acudiron numerosos veciños, a unha celebración con disfraces, parodias, xogos, pulpeira e música.

Ademais da gran festa do martes de entroido no polideportivo municipal, en Tordoia destaca a celebración no Punto de Atención á Infancia, na que se disfrazaron cativos e proxenitores. Non faltaron os doces típicos.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.