Crónicas
Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 27 - Marzo de 2016
A Unión Europea tampouco ofrece solucións á crise leiteira As medidas saídas da recente reunión de ministros de Agricultura da Unión Europea tampouco servirán para recuperar en pouco
tempo os prezos que reciben os Gandeiros da comarca polo leite que producen. A petición da Consellería e do Ministerio para que se ele-
vase o prezo de intervención do leite en pó e da manteiga non foi atendida. Como moito, ábrese a porta a que no sector se acorde reducir
CERCEDA - ORDES
Outra obra, de un quilómetro, na estrada de Mercurín Páx. 7
a produción. Os sindicatos agrarios cren que só serviría para que veña máis leite foráneo, posto que o mercado español é deficitario. Páx. 14
O PXOM de Ordes, aprobado
mesía
Pedro Sánchez visita o Concello e unha granxa Páx. 24
OROSO
O debate dos orzamentos segue despois do pleno Páx. 4
ORDES - MESÍA
Votan a favor o PP e o BNG, abstense o PSOE e UxO auséntase Páx. 2
Grave vertido de purín ao rego entre o Mesón e Bruma Páx. 10
CERCEDA
A Xunta dá por selado o 85% do vertedoiro da Areosa
O Concello pídelle á Xunta un centro polivalente
Páx. 8
Mecá
ORDES
nica e Neum átic a
Páx. 3
DEPORTES
A zumba solidaria move centos de persoas en Ordes Páx. 20
Taller multimarca Amortiguadores Distribucións Mecánica en xeral Frenos e neumáticos Presupostos sen compromiso Revisións I.T.V. Diagnoses multimarca Cambios de aceite Aliñado de dirección Embragues Aire acondicionado
Fonte Estrei 28-30 Baixo, 3 15680 Ordes (A Coruña) talleresdepradoegranado@gmail.com / Telf: 981 68 85 73 / Móbil: 671 79 57 61 / Permanente: 696 42 27 94
2
Crónicas - Marzo 2016
Actualidade ORDES Unión por Ordes ausentouse do pleno no intre da votación e a única concelleira do PSOE abstívose
PP e BNG aproban inicialmente o Plan Xeral Non fixo falta esperar ata o último día, pero case. O pleno de Ordes aprobou de maneira inicial o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) só un par de días antes da entrada en vigor da nova lei autonómica do solo, a espada de Damocles que apurou as negociacións. O documento recibiu os votos a favor do grupo de goberno (PP) e dos tres concelleiros do BNG, sumando así a maioría absoluta necesaria. O PSOE, cunha soa concelleira, abstívose, e o principal grupo da oposición, Unión por Ordes (UxO), ausentouse na votación. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, defendeu o PXOM como “a aprobación máis importante a nivel de desenvolvemento das infraestruturas deste mandato”. O rexedor considerou positivas as negociacións entre os grupos políticos desde que o pasado mes de decembro fracasara unha primeira votación do PXOM. “Este documento recolle a totalidade dos núcleos urbanos e rurais e a totalidade do límite municipal en todas e cada unha das cualificacións e clasificacións existentes”, manifestou Martínez, sinalando que se corrixiron erros previos e considerando que o plan “dará vida e riqueza ao pobo”, emulando o desenvolvemento industrial e urbanístico de municipios próximos como Oroso ou Santiago. “PELOTAZO” Pola contra, Unión por Ordes explicou que nin sequera quixo participar na votación porque estamos ante “un pelotazo urbanístico en toda regra, onde queda de manifesto que en Ordes hai veciños de primeira e de segunda”. Mediante un comunicado, o líder desta formación e exalcalde, Manuel Regos, afirmou que o PXOM aprobado “claramente favorece os máis ricos, recalificando por exemplo unha importante superficie de solo que pasará a ter a condición de terciario/comercial, na entrada de Ordes, a maiores do uso residencial que xa tiña”. UxO cuestiona a “présa” do goberno por sacar adiante o documento antes da nova Lei do Solo, cando segundo din a nova norma mellora a anterior e podería “favorecer as expectativas de moitos veciños e veciñas, en especial os do rural”. O goberno defendeu a este respecto que iniciar de novo o PXOM
“Esta aprobación é importante para dar vida e riqueza ao pobo, grazas á regularización de zonas industriais ou parques empresariais, como vén sucedendo en Oroso ou Santiago”
José Luis Martínez Sanjurjo, alcalde (PP)
“Este Plan Xeral obedece a intereses particulares é un pelotazo urbanístico en toda regra, onde queda de manifesto que en Ordes hai veciños de primeira e de segunda” Manuel Regos (UxO)
“Para nós era moi doado votar en contra, mais optamos por facer alta política, conseguindo corrixir os erros que detectamos e desbloquear un planeamento vital para o concello” Pablo Vidal Ríos (BNG)
“O tempo porá de manifesto os intereses que pode haber detrás de tanta premura na aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Ordes” Verónica Gómez (PSdeG-PSOE)
implicaría, ademais de perder varios anos de tramitacións, un custo económico duns 260.000 euros, sen que probablemente se puidese acceder a unha subvención autonómica para redactar un novo plan. Regos critica “falta total de coherencia” por parte do actual alcalde. Acúsao de promover agora practicamente o mesmo plan que no mandato anterior vía “imposible” aprobar polos erros no planeamento e eivas nos núcleos rurais e urbán que aprezaba. O anterior mandatario, que asegura que no seu mandato non levou o plan a pleno ao ver que non era posible consensualo, advirte que os acordos acadados nas reunións desde decembro “non se recolleron” no documento que se votou agora. Por iso, califica o proceso como “un paripé, un queda-ben ante a cidadanía” e advirte de “certo grao de inseguridade xurídica” que, na súa opinión, supón
ter un plan baseado nunha lei xa derogada. “Na súa aplicación hai permanentes conflictos legais que en nada favorecen a interpretación e a aplicación das súas ordenanzas”, asegura UxO. “ALTA POLÍTICA” O BNG fundamenta o seu voto afirmativo na “notable modificación” acadada con respecto ao PXOM que se votara en decembro. “Malia que non é un documento perfecto -indican os nacionalistas- si que acada uns mínimos para proceder á súa aprobación inicial, e animamos á veciñanza a facer as alegacións que estime oportunas para melloralo”. O Bloque sinala como consecucións cambios como a conformación dunha alternativa de circulación á Rúa da Coruña por Alfredo Brañas, a inclusión de 54 novos bens arquitectónicos catalogados, a reordenación
Crónicas da Comarca
do viario urbano, a delimitación de máis terreos para ampliar a depuradora das Casillas ou a revisión de todos os núcleos rurais. Tamén valoran positivamente os nacionalistas que se estableza un mecanismo para poder seguir concedendo determinadas licenzas durante o período de suspensión. As de nova obra seguirán dándose nas parcelas onde o PXOM non altere a súa catalogación con respecto ás normas subsidiarias. Iso si, teñen que cumprir os dous planeamentos. Tamén obterán licenzas as obras de conservación e as licenzas de actividade. Pablo Vidal, voceiro do BNG ordense, manifesta que “para nós era moi doado non presentar as nosas condicións para aprobar inicialmente o PXOM e votar en contra no pleno indicando o que consideramos errado, mais optamos por facer alta política conseguindo corrixir os erros que detectamos e desbloquear un planeamento vital para o desenvolvemento deste concello”. “MANTÉN DEFICIENCIAS” Desde o PSOE, Verónica Gómez considera que o plan continúa contendo “moitas deficiencias que poden comprometer gravemente o futuro do municipio, en gran parte pola mala xestión do PP, que primeiro [na oposición] bloqueou e ignorou o documento e despois [no goberno] quixo aprobalo a contrarreloxo”. A portavoz socialista amosouse convencida de que “o tempo daranos a razón e porá de manifesto os intereses que pode haber detrás de tantas présas para aprobar este documento por parte do PP”. Sen embargo, Gómez admite que nas reunións entre os concelleiros e o equipo técnico do plan producíronse avances que permitiron resolver varios erros. En todo caso, parécelle insuficiente e sinala que moitas das propostas do PSOE nas reunións non se trasladaron ao documento aprobado. Como exemplos, cita os “esquecementos” de reservar solo para un heliporto a carón do centro de saúde “abrindo a porta a que os terreos poidan destinarse a outros intereses”. Tamén se queixa da redución de zonas verdes e da ampliación cara ao sur do polígono de Merelle, á que, segundo di, tamén se opoñía o actual alcalde cando lideraba a oposición.
Se quere recibir Crónicas de balde no seu correo electrónico, pídao en: cronicas.comarcadeordes@gmail.com
Crónicas - Marzo 2016
3
Asesoramento Técnico Solucións Empresariais á medida Servizo de Asistencia Técnica Mantementos Integrais (Hard/Soft) Solucións de Seguridade Reparación de Smartphones e Tablets Rúa da Canteira, 16 - 15680 ORDES (A Coruña) Telf: 981 697 855 / Móvil: 609 377 922 Fax: 981 97 35 62 / atx@atx-informatica.com
www.atx-informatica.com
Redes e Conectividade Venda de Ordenadores e Periféricos Software de Xestión Comercial
ORDES Acollería actividades culturais e formativas e servizos de carácter social
O Concello pídelle apoio á Xunta para construír un centro polivalente O goberno de Ordes quere un centro polivalente, un edificio no que poder desenvolver diversas actividades culturais e formativas máis servizos de carácter social. O desexo trasladáronllo o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, e a concelleira de Servizos Sociais, Susana García, ao conselleiro de Política Social, José Manuel Rey, que visitou o Concello. A administración local non detallou onde lle gustaría emprazar esa hipotética infraestrutura, ata a que pretende trasladar algúns dos servizos mancomunados ata agora situados nos baixos da Alameda. O rexedor defende que “a relocalización repercutiría positivamente tanto para os usuarios e usuarias como para os traballadores e traballadoras”. Martínez Sanjurjo agarda que o goberno autonómico colabore. Segundo o Concello, Rey Varela “comprometeuse a valorar a petición formulada e a seguir mantendo un contacto directo para estudalo detidamente e traballar en prol do seu desenvolvemento”. Sen embargo, o comunicado emi-
G
Rey Varela, diante, co alcalde de Ordes e coa concelleira de Servizos Sociais
tido pola Xunta despois da reunión obvia calquera referencia concreta a este asunto. Política Social si fai fincapé en cambio en que o goberno local e o conselleiro “acordaron estudar novas vías de colaboración en temas relacionados coa atención ás
persoas dependentes e aos maiores, así como a infancia”. A visita de Rey Varela enmárcase nunha rolda de contactos con responsables locais de toda Galicia para tratar de incrementar a coordinación e o diálogo no seu ámbito.
COMARCA
Visita de Rey Varela á Mancomunidade para coñecer os servizos da entidade comarcal A visita do conselleiro a Ordes tivo unha segunda parte nas dependencias da Mancomunidade. Acompañado pola directora xeral de Maiores, o presidente da entidade supramunicipal, Roberto Rey, e representantes de varios Concellos, tiveron ocasión de coñecer o Servizo de Atención Temperá, recoñecido en 2015 cun premio Coopera. Entre os aspectos que abordaron na visita, están as condicións nas que se desenvolve o servizo, o perfil dos usuarios e usuarias e a prestación de servizos en xeral. Ademais, a delegación tamén tivo contacto con responsables do Centro de Información á Muller, do programa de Prevención en Drogodependencias, Servizos Sociais, Servizo de Normalización Lingüística ou a Oficina de Cooperativismo, todos dependentes da Mancomunidade.
Marcos Guerra Mengual Bernardo Guerra González
A CORUÑA c/ Asturias, 9 Lunes o Viernes - 11:00 a 13:30
ABOGADO - GRADUADO SOCIAL
CARBALLO c/ Fomento, 16 Entrs. Jueves - 11:00 a 13:30
G
ASESORÍA JURÍDICA
PREFERENTES
PENSIONES
SEPARACIONES
SEGURIDAD SOCIAL
CIVIL / HERENCIAS
Telf. 981 150 128
solucións informáticas
solucións informáticas
ACTUAliDADE
ORDES Rúa Compostela, 16 bajo Miércoles - 11:00 a 13:30
Fax 981 246 789
4
Crónicas - Marzo 2016
Actualidade ORDES
COMARCA Formou vinte persoas, cun gasto de 178.000 euros para a Xunta
Rescatan o cadáver do condutor dun coche que caeu ao río desde a N-550 en Montaos
Conclúe o obradoiro de emprego conxunto de Ordes, Frades e Trazo
Traballos de retirada do vehículo
O cadáver dun home duns trinta e cinco anos de idade foi rescatado das augas do río Cabrón en Montaos, despois de que o vehículo que conducía se saíra da estrada N-550 e caera ao cauce, xusto no punto entre a antiga e a nova ponte. Os feitos sucederon na madrugada do 5 ao 6 de marzo en Guindibóo de Abaixo. Non se puido determinar a hora. A primeira hora da mañá, unha veciña descubriu os danos ocasionados polo impacto no gardarraíl da estrada, que o vehículo levou por diante antes de bater contra unha árbore e ir á auga. Ao descubrir o coche mergullado, a veciña avisou os servizos de emerxencia, que acudiron á zona para proceder ao rescate e foron os que localizaron o cadáver. Foi preciso excarceralo tras izar o coche, coa intervención dos Bombeiros de Ordes e do Grupo Especial de Actividades Subacuáticas da Garda Civil. Sen que aínda fose posible determinar con exactitude a causa do sinistro, crese que o coche circulaba a considerable velocidade. Ía en dirección á Coruña e saíuse pola marxe dereita nunha curva. O falecido era de nacionalidade romanesa e non estaba empadroado en Ordes, se ben era unha persoa coñecida na localidade, posto que efectuaba traballos forestais como autónomo. COLISIÓN NO PEÑASCO Por outra parte, uns días despois dous homes resultaron feridos na colisión entre dúas motos na estrada autonómica entre Ordes e Lanzá (Mesía) á altura do Peñasco, no límite entre Vilamaior (Ordes) e Abellá (Frades). Un deles, de maior idade, foi evacuado no helicóptero medicalizado que acudiu desde Santiago para darlle soporte ao equipo médico. O outro, un mozo, foi trasladado en ambulancia.
Rematou o obradoiro de emprego ‘Terras de Trastámara’, no que durante seis meses participaron vinte veciños e veciñas de Ordes, Frades e Trazo en situación de desemprego. Serviulles para obter un certificado de profesionalidade e outros coñecementos cos que aumentar as súas posibilidades de éxito no mercado laboral. A clausura da iniciativa, coa correspondente entrega de diplomas acreditativos, tivo lugar na estación da Pontraga coa presenza do delegado provincial da Xunta, Diego Calvo, e os alcaldes de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e de Frades, Roberto Rey. O Concello de Trazo estivo representado unicamente por un edil. Calvo mencionou a relevancia da formación que ofrecen os obradoiros de emprego e tamén destacou o proveito común que supoñen as obras realizadas na parte práctica da iniciativa, con especialidades de albanelería, pintura decorativa en construción, e actividades auxiliares en vivei-
Acto de entrega dos diplomas acreditativos, ao que acudiu o delegado da Xunta
ros, xardíns e centros de xardinería. En Ordes, os vinte alumnos e alumnas traballaron na rehabilitación do local sociocultural da rúa Galicia. En Frades, na dos locais sociais de Ledoira e de Papucín. E en Trazo interviron na casa reitoral de Chaián. A Xunta achegou uns 178.000 euros
para financiar o obradoiro. No acto, a concelleira ordense Susana García reivindicou ante o delegado provincial a concesión dun novo obradoiro de emprego, neste caso conxunto entre Ordes e Frades, valorado nuns 700.000 euros e centrado na mocidade desempregada.
OROSO O PP cre que aumentan os impostos e o goberno fala de presión fiscal baixa
O debate sobre os orzamentos municipais críspase despois do pleno O debate dos orzamentos do Concello de Oroso para este ano trascendeu o pleno no que se aprobaron, ata o punto de que a tensión dialéctica foi maior nos días posteriores que na propia sesión. O PP, que lidera a oposición e que se abstivo no orzamento, acusou ao alcalde de “subir un 21 % o orzamento a costa do peto dos veciños” e o goberno replicou dicindo que a presión fiscal no municipio é considerablemente inferior ás medias española e galega. Para Alexander Doval, portavoz do PP de Oroso, resulta adecuado falar de “saqueo” e ofrece o exemplo dos ingresos por plusvalías, que estiman en 165.000 euros. Cren “inxusto e innecesario que sexan os veciños, con máis impostos, os que soporten o incremento do orzamento previsto polo goberno local”. O PP tamén critica que as partidas de emerxencia social e para as axudas ás asociacións de veciños conten “só” con cadanseus 15.000 euros. Contrapono aos 21.000 euros que aprezan en gastos protocola-
rios. “Encheselles a boca falando de servizos sociais e de axudar aos veciños -afirma Doval- pero logo á hora de plasmar esa preocupación vemos que non se corresponde”. A dereita critica tamén por “excesivos” os 163.000 euros previstos para retribuír o goberno e o persoal de confianza, ou os 18.000 que atribúen a “propaganda institucional” e un gabinete de prensa externo. O único acordo que amosan é coas obras planeadas, se ben Doval precisa que “a maioría delas figuraban no programa electoral do seu partido”. Incide tamén en que o executivo debería “afondar nas amortizacións dos créditos pendentes”. A resposta do goberno ofreceuna Antonio Leira como voceiro. Acusou a Doval de “ter o mal costume de dicir na prensa o que non se atreve a dicir nos plenos, porque son conscientes de que só din mentiras e improperios que se desmontan sós”, di o edil socialista. O goberno defende que a presión fiscal de Oroso é de 304 euros por ha-
bitante, un 41 % inferior á media española (516 euros) e un 21 % menor que a galega (386 euros). “O señor Doval ou non entendeu as contas ou volve intentar confundir os cidadáns”, declara Leira, que defende que boa parte dos recursos do Concello “son froito das xestións feitas por este goberno diante doutras administracións e da boa xestión que facemos no Concello”. Leira reitera que “os veciños saben ben que non subimos os impostos nos últimos catro anos nin o faremos neste mandato” e sinala que este ano prevén 17.000 euros menos en taxas e outros ingresos. O portavoz do goberno conclúe que “o que máis lle molesta ao señor Doval e ao PP é que o Concello funcione ben”. Leira tamén se detén nas partidas concretas criticadas. Sinala que as axudas ás asociacións mantéñense e ademais contemplan investimentos paa os locais sociais. E asegura que a contía para emerxencia social é inicial, sen descartar un incremento se fose necesario.
Crónicas - Marzo 2016
5
MEDIO AMBIENTE A planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible, a termoeléctrica e a de coxeneración bateron récords de produción
Sogama acadou o pasado ano os seus máximos históricos en eficiencia industrial A Sociedade Galega de Medio Ambiente (Sogama) acadou o pasado ano os seus máximos históricos en eficiencia industrial. Así, a planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible superou a súa capacidade de deseño e chegou a tratar preto de 584.000 toneladas de residuos; mentres que as plantas de coxeneración e valorización bateron tamén récords en produción enerxética. De feito, a termoeléctrica logrou ser a de maior eficiencia e produción das 10 infraestruturas destas características que existen en España. Así o expuxo o presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, na presentación do balance da actividade da empresa pública durante 2015. Ao respecto, recordou que Sogama asume actualmente a xestión dos residuos urbanos de 295 concellos galegos, o que representa o 94 por cento do total. Conta coas seguintes instalacións: o complexo medioambiental de Cerceda, o vertedoiro de residuos non perigosos de Areosa (Cerceda) e unha rede conformada por 37 plantas de transferencia distribuídas polas catro provincias. Destas, 20 están baixo a súa titularidade, repartíndose o resto da seguinte forma: 11 miniplantas na provincia de Ourense, construídas pola Deputación provincial; 5 plantas construídas pola Xunta en diferentes concellos; e unha planta na mancomunidade do Morrazo.
ao complexo de Cerceda e ás plantas de transferencia, que se saldaron, en 2015, cun balance de 3.269 visitantes (un 5% máis que en 2014). No obstante, desde o inicio da súa actividades, máis de 66.500 persoas pasaron por esta infraestrutura industrial. Por último, en 2015 Sogama volveu colaborar na campaña “Separemos ben, reciclaremos mellor”, que chegou a más de 53.000 persoas entre agosto de 2014 e xullo de 2015. A campaña xestiónase a través de formación directa con actividades en aula móbil, centros comerciais, eventos deportivos, ou visitas ao complexo ambiental de Cerceda.
O presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, presentando o balance de 2015
de xestión. Grazas á maior eficiencia de Sogama, descenderon os residuos enviados ao vertedoiro da Areosa. Esta baixada é dun 55 por cento se se compara coas magnitudes de 2008. En concreto, hai sete anos vertíanse 413.000 toneladas, unha cantidade que se reduciu ata 185.000 toneladas en 2015. De feito, o pasado ano foi o exercicio no que menos cantidade de lixo se desviou a Areosa.
A enerxía xerada por Sogama equivale ao 11 % da consumida polos fogares galegos
En concreto, en 2015 as plantas termoeléctrica, de coxeneración e de biogás produciron máis de 516.000 MWh, case un 4,5 por cento máis que en 2014 e preto dun 30 por cento máis que en 2008. De feito, a enerxía xerada en Sogama equivale ao 11 por cento da consumida polos fogares galegos. No caso das 584.000 toneladas de residuos tratadas na planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible, esta cifra supuxo un 1,25 por cento máis que en 2014 e practicamente un 28 por cento máis que en 2008. Ademais da eficiencia industrial, o informe coñecido polo Consello achega outros datos relevantes
Por outra banda, continúa unha tendencia á alza na entrada de envases lixeiros. En 2008 entraban na planta de clasificación unhas 11.200 toneladas, mentres que en 2015 acadouse unha cifra de case 21.000 toneladas. “En definitiva”, rematou Domínguez Lino, “estamos falando, sen lugar a dúbidas, dos mellores resultados da historia de Sogama”.
Outras actividades A actividade de Sogama destacou tamén noutros aspectos, que se suman aos referidos á eficiencia industrial. Segundo explicou o presidente de Sogama, esta empresa pública está a desenvolver un importante traballo de divulgación, información e formación de cara á sociedade.
Neste ámbito, destacan actividades como o programa de compostaxe doméstica, que se continuou ampliando en 2015. Actualmente, están adheridos á mesma 107 concellos, 53 centros educativos, e 9 colectivos sociais. Só o ano pasado Sogama repartiu 1.000 composteiros, ascendendo a máis de 5.000 o total de recipientes distribuidos desde o inicio do programa. Esta campaña inclúe tamén cursos de formación, edición de material didáctico e asesoramento técnico aos Concellos participantes na mesma.
Novas actuacións O obxectivo é seguir mellorando Sogama. Por iso, está previsto que a compañía invista uns 35 millóns de euros neste ano e os seguintes para ampliar a súa infraestrutura industrial. Gran parte dese orzamento destinarase á construción dunha nova planta de recuperación de envases procedente do lixo en masa, que permitirá incrementar nun 30 por cento a achega ao reciclaxe e reducir, na mesma medida, o depósito no vertedoiro de Areosa. A capacidade do complexo verase aumentada nun mínimo do 36 por cento. O obxectivo marcado é que unicamente se verta aquela parte de residuos que non poida ser reciclada, nin valorizada material ou enerxeticamente.
Sogama mantén o mesmo canon en 2016 e investirá en dúas novas plantas
O pasado ano tamén se organizaron tres cursos de formación en liña, nos que participaron unhas 150 persoas entre representantes municipais, axentes da Garda Civil e profesorado de Educación Secundaria. Neste mesmo ámbito de actuación tamén destacou o xogo xigante “Un partido polo planeta”, que circulou de forma itinerante por preto de medio cento de colexios galegos. Nos centros educativos tamén se desenvolveu outra iniciativa, o programa “Recíclate con Sogama”, que fomenta a recollida selectiva de residuos, estando canalizado a través do Plan Proxecta pertencente á Xunta de Galica, que persegue a educación en valores. Tamén cabería destacar as visitas
Tamén se abordará a construción e posta en marcha dunha nova planta de compostaxe, con capacidade para tratar 15.000 toneladas anuais de residuos orgánicos, e que estará situado no propio vertedoiro. Grazas á boa xestión realizada, poderanse realizar estes investimentos e, ao mesmo tempo, manter en 2016 o mesmo canon a todos os concellos, polo que a contía este ano será a mesma que en 2015 (67,18 euros + IVE por tonelada de lixo xestionada), tal como se publicou xa no Diario Oficial de Galicia.
Crónicas - Marzo 2016
6
Actualidade ORDES
Ordes envía cada día máis de doce toneladas de residuos para ser procesadas en Sogama O Concello de Ordes enviou 4.502 toneladas de residuos á planta de tratamento de Sogama o pasado ano 2015. O promedio supera as 12 toneladas diarias. Do total, unhas 4.369 toneladas son das consideradas de bolsa negra, refugallos que non poden ser reciclados por outras vías. Os plásticos e envases, os que van ao contedor amarelo, sumaron máis de 133 toneladas. O mes no que máis residuos se xeran é o de agosto, con case 394 toneladas, seguido das 384 toneladas de outubro e as case 380 de setembro. No outro extremo, en febreiro, o mes máis curto, Ordes produciu 312 toneladas de residuos con destino a Sogama. E en xaneiro foron 346 toneladas. En 2014, a cantidade total de residuos xerada foi de 4.476 toneladas. Entón 4.351 toneladas foran de bolsa negra e unhas 125 de bolsa amarela. É dicir, en 2015 Ordes reciclou 27 toneladas máis que no ano previo.
CERCEDA - TORDOIA
OROSO
O PP pide axuda municipal para o tellado da igrexa de Deixebre O PP de Oroso reclama axuda municipal para reparar o tellado da igrexa de Santa Margarida de Deixebre. A petición naceu a partir dunha reunión con veciños da parroquia, onde o principal grupo da oposición foi informado da existencia de filtracións de auga ao interior do templo. Os concelleiros Alexander Doval e Pablo Parga consideran que este problema está deteriorando a igrexa e ademais causa molestias na celebración de actos litúrxicos. A súa petición é que o Concello envíe operarios municipais ao lugar para retirar unha vara de fogos de artificio que se incrustou entre as tellas e que o orificio polo que entra a auga sexa tapado con tea asfáltica impermeable. “É completamente inxustificable por parte do goberno local que non se poña fin a este tipo de problemas”, advertiu Doval, á vez que puxo de manifesto que “neste caso, o alcalde non poderá dicir que non ten diñeiro para iso”.
A igrexa de Santa Margarida sitúase ao pé da N-550, á altura dos Carballos
Sen embargo, desde o grupo de goberno indican que o que non é xustificable é a petición do PP. Lembran que unha eventual reparación do templo excede calquera competencia municipal, ao tratarse dun ben de natureza privada sobre o que o Concello non ten ningún tipo de dominio.
Os plenos aproban os protocolos para adherirse á creación da Vía Verde a Compostela Os plenos dos Concellos de Cerceda e de Tordoia aprobaron, nos dous casos por unanimidade, o protocolo para a creación, xestión, explotación e mantemento da ‘Vía Verde a Compostela’. Súmanse así a unha iniciativa na que xa están as entidades locais de Ordes, Oroso e Santiago. As cinco pretenden constituír un Consorcio que asuma a iniciativa de acondicionar para uso lúdico o trazado da antiga liña ferroviaria, en case 37 quilómetros de longo. A cesión do tramo será solicitada ante o ADIF. Tamén agardan contar coa implicación das institucións provincial, autonómica e estatal para acondicionar o tramo como ‘Vía Verde’, da que o propio texto aprobado nos plenos municipais asegura que “tería unha gran trascendencia e repercusión non desenvolvemento socioeconómico dos cinco concellos e na promoción turística da zona, na medida en que enlazaría por unha ruta alternativa a capital de Galicia cos concellos veciños”.
OROSO
TORDOIA Estaba na cuneta e sospéitase que puido ser atropelado por un coche
O alumeado e a situación dos parques, principais motivos para usar a Liña Verde
Un lobo ferido en Andoio recupérase nun centro para a fauna en Oleiros
As incidencias no alumeado público e as relativas á situación dos parques públicos foron os principais motivos dos veciños de Oroso para facer uso do servizo ‘Liña Verde’, que lles permite comunicar calquera anomalía que observen nos equipamentos públicos ou resolver consultas ambientais. No seu primeiro ano e medio de funcionamento, a ‘Liña Verde’ atendeu 276 comunicacións. Segundo o Concello de Oroso, todas recibiron “unha resposta inmediata”, aínda que tres de cada catro recibiron solución satisfactoria e as demais están en tramitación, normalmente por precisar un prazo de execución máis longo. O servizo é accesible a través da páxina web do Concello. A súa aplicación pode descargarse tanto nos teléfonos portátiles de última xeración, incluso os de penúltima, ou para tabletas. A comunicación de incidencias ao Concello con este sistema é inmediata.
O animal estaba inmóbil na cuneta cando o descubriron os veciños e foi trasladado ata o vehículo arrastrado cun gancho
Un lobo foi rescatado en Andoio (Tordoia), ao pé da estrada entre A Silva e Anxeriz. O animal estaba inmóbil na cuneta. Sospéitase que as súas feridas se puideron deber a un atropelo nocturno. Testemuñas veciñais cren que podía ter fracturada al-
gunha extremidade. Os veciños da zona descubrírono coas primeiras luces do día e avisaron á Policía Local de Tordoia, que acudiu á zona acompañada por un axente forestal e medioambiental da Xunta.
Para retiralo da cuneta, apresárono cun gancho e arrastrárono ata o vehículo co que foi trasladado ao centro de protección da fauna en Oleiros. Alí restablece a súa saúde co propósito de ser devolto ao medio natural cando sexa posible.
Crónicas - Marzo 2016
7
Actualidade COMARCA O investimento suma uns 234.000 euros, a cargo dun plan provincial
ORDES
En obras un quilómetro máis da estrada que une Cerceda con Ordes
Aprobada a petición do BNG para dotar de desfibriladores os locais públicos municipais
O proxecto en execución consiste en anchear o tramo e acondicionaro seu firme
A estrada que une Cerceda e Ordes por Virís, a coñecida como estrada de Mercurín, ten un novo tramo en obras. Esta vez é algo máis dun quilómetro desde o linde de Cerceda en dirección a Ordes. Os traballos consisten no reformado e na me-
llora do firme. Están financiados con cargo a un plan da Deputación da Coruña, por un importe de 234.000 euros. A proposta inicial do proxecto foi modificada co obxectivo de poder ampliar o vial dos sete ata os nove metros de anchura.
No pasado mes de setembro, o vial xa vira mellorado o seu tramo inicial de medio quilómetro, naquela ocasión partindo desde Ordes. Pero o resto da estrada, de titularidade municipal, continúa presentando un estado extremadamente precario e perigoso para a circulación. A deterioración do vial debeuse ao intenso tráfico pesado que pasaba pola zona en dirección ás industrias de Cerceda. Tal tipoloxía de tráfico foi limitada para frear o agravamento do firme, pero as accións de mantemento moi puntuais non abondan para normalizalo. Ademais destas dúas obras, a que se executa nestas semanas e a do pasado setembro, o Concello de Ordes reiterou que a Xunta de Galicia ten consignados nos seus orzamentos 750.000 euros para investir este ano na estrada. Para o vindeiro 2017, estarían contemplados outros 750.000. E a maiores reserva 250.000 euros para a expropiación do solo necesario para os ensanchamentos previstos.
A Casa da Cultura, os polideportivos, os campos de fútbol, as escolas municipais e a propia casa consistorial serán equipados “paulatinamente” con desfibriladores externos automáticos. Así se acordou no pleno municipal, que apoiou por unanimidade unha proposta presentada polo BNG. O goberno municipal asegurou que “hai xa tempo” que traballaba para contar con este tipo de equipamentos nas instalacións públicas máis concorridas. Anuncia que analiza detidamente para saber se a fórmula máis rendible sería alugar ou mercar os aparatos. A dotación de caixas de urxencias e desfibriladores é imprescidible para actuar correctamente ante unha parada cardiorrespiratoria. Estímase que en toda Galicia suceden unhas 800 ao ano e a rápida intervención incrementa as posibilidades de supervivencia. O acordo solicita tamén que a Xunta equipe con estes dispositivos os centros educativos.
Crónicas - Marzo 2016
8
Actualidade CERCEDA Nos últimos anos, reduciuse a cantidade de residuos derivada alí
A Xunta dá por clausurado o 85% do vertedoiro de Sogama na Areosa O vertedoiro de Sogama na Areosa (Cerceda) ten o 85% da súa superficie “perfectamente clausurada e selada”. Así o asegurou a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, nunha visita á zona, onde o seu departamento ten por obxectivo trasladar a menor cantidade de residuos posible. Neste sentido, a Xunta asegura que nos últimos anos reduciuse dun xeito “notable” o volume de refugallos que non pode ser reciclado, reutilizado ou valorizado. Como datos comparativos, ofrece o de 2008, cando na Areosa se depositaron 413.000 toneladas, e o de 2015, cando a cifra caera a 185.000. Segundo Mato, para que o vertedoiro sexa a “última opción” tratarán de seguir promovendo entre a cidadanía a importancia da redución e da reutilización, por unha parte, e acadar maiores cotas de recuperación e reciclaxe durante o procesamento do lixo. “Redución, reutilización, reciclaxe e recuperación enerxética da parte non reciclable conforman os 4
ORDES
A Policía Local evita o extravío dun ancián de 80 anos, que camiñaba desorientado pola vila A Policía Local de Ordes evitou no serán do 5 de marzo que un ancián de 80 anos de idade chegase a extraviarse. Nunha patrulla polo ámbito da vila, os axentes observaron que o home camiñaba desorientado na intersección das rúas Lagartos, Paraíso e Rosalía de Castro. Tras conversar con el, comprobaron que estaba totalmente perdido e non sabía regresar ao seu domicilio. Tampouco lles soubo achegar máis información sobre o seu enderezo ou datos persoais, polo que os policías tiveron que facer as pescudas e comprobacións pertinentes co seu DNI, que levaba consigo, para poder reconducir a situación. Finalmente foi así e o home foi trasladado á súa vivenda, onde o agardaba a súa esposa. Desde o Concello indican que se tratou dunha situación de máximo risco por mor das baixas temperaturas rexistradas e a proximidade de zonas de monte, ademais da desorientación do ancián.
Visita da conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, ao vertedoiro da Areosa
erres, que son unha guía imprescindible á hora de tratar cos residuos”, incidiu a conselleira. Para os que inevitablemente teñen que ir ao vertedoiro, a responsable autonómica de Medio Ambiente destacou que as instalacións que os
acollan deben cumprir “estritamente as esixencias de control e seguridade, como é o caso da Areosa”. Beatriz Mato sinalou que nos últimos anos se acometeron varias accións no vertedoiro, como incrementar a capacidade de almacenaxe de
TRAZO
O TSXG tamén apreza que Dafonte vulnera o exercicio de funcións por parte da oposición O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou un recurso de apelación interposto polo alcalde de Trazo, José Dafonte, ante unha sentenza do contencioso-administrativo de setembro pasado sobre a actitude de obstrucción ás funcións públicas da voceira do PSOE, Beatriz Domínguez, como concelleira da oposición. Á vista da desestimación, que fai firme a sentenza e non admite recurso, os socialistas aseguran que o TSXG “confirma que se vulnerou o dereito fundamental da concelleira ao exercicio das súas funcións”. Domínguez expuxo que a decisión xudicial “confirma o que levamos anos dicindo, que desde o Concello se está actuando de mala fe co único obxectivo de entorpecer o noso labor como oposición, cando somos lexítimos representantes escollidos polo pobo de Trazo”.
O PSOE manifesta que aínda na actualidade o Concello segue retrasando a entrega das actas das xuntas de goberno local. “Enviar as actas cunha demora de tres ou catro meses non só incumpre a lei, que establece un prazo máximo de dez días, senón que demostra o medo que o señor Dafonte lle ten á transparencia e a que os veciños coñezan a súa pésima xestión á fronte do Concello”, declara a portavoz socialista en Trazo. A sentenza de setembro, agora confirmada polo TSXG, sinalaba que o rexedor “lesionou” o dereito fundamental de participación en asuntos públicos, por impedir o acceso a tempo á documentación do Plan Xeral aínda “aparentando legalidade”. O TSXG establece, ademais de rexeitar o recurso de apelación, que o alcalde asuma as costas sufridas en segunda instancia pola representante da oposición.
lixiviados con dúas balsas de 4.000 metros cúbicos cada unha, construír dúas novas depuradoras ata as catro actuais, o aproveitamento da enerxía da planta de biogás, ou a ampliación da parte sur do vertedoiro, a única en explotación na actualidade, cunha capacidade para almacenar 3,2 millóns de toneladas que, ao ritmo actual, daría para quince anos de uso. Ademais de investir anualmente oito millóns de euros para o mantemento do vertedoiro, segundo Medio Ambiente nos vindeiros anos está prevista unha nova planta de compostaxe, cunha capacidade de 15.000 toneladas e un orzamento duns catro millóns de euros. No propio complexo de Sogama, segundo Mato vaise construír unha nova planta de recuperación de envases procedentes do lixo en masa, ademais de remodelar a actual de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible. Todas estas actuacións teñen un investimento previsto duns trinta millóns de euros. Actualmente están en fase de concurso, de acordo coa información do executivo autonómico. A nova planta servirá para incrementar a capacidade de tratamento do complexo de Sogama en Cerceda, que en 2015 acadou a súa máxima cifra de 583.000 toneladas procesadas. Coa nova instalación, poderá acadar as 750.000 toneladas anuais.
O Bloque acusa ao rexedor de vetar un encontro sobre obras entre os tres partidos O BNG de Trazo describe un veto por parte do alcalde a unha reunión entre as tres formacións políticas con representación no Concello para unha posta en común dos proxectos e obras que se poderían incluír nos plans provinciais. O Bloque rexistrou no Concello un escrito, dirixido ao PP e ao PSOE, citándoos a tal encontro. Foi no propio pleno no que se aprobaron os proxectos no que comprobaron que o grupo de goberno, ademais de non responder, “ocultoulle ao PSOE” o documento. Frustrouse así unha iniciativa de diálogo e de posta en común de propostas para os plans, que os nacionalistas pedían que “a poder ser” se celebrase diante da veciñanza. O representante do Bloque, Martín Rei, lamenta a falta de capacidade negociadora de Dafonte e que non acceda a dedicar unha parte dos plans sociais a bolsas de estudos e ás persoas afectadas pola crise.
Crónicas - Marzo 2016
9
Actualidade ORDES Cortouse ao tráfico tras aprezar danos e deformacións na súa estrutura
COMARCA
Presentan dúas opcións para reparar a Ponte de Pereira en Patrimonio e Augas
Demandan obter unha axuda autonómica para a oficina de promoción do cooperativismo
O Concello de Ordes presentou ante a Dirección Xeral de Patrimonio e ante o organismo Augas de Galicia dous proxectos e memorias para reparar a Ponte de Pereira, que hai unhas semanas tivo que ser cortada ao tráfico por mor dos riscos que supoñían os danos e deformacións aprezados na súa estrutura. O goberno espera que as dúas entidades se pronuncien sobre a maneira máis idónea do arranxo, co propósito de recuperar a normalidade na zona canto antes. Patrimonio e Augas teñen competencias na materia, posto que se trata dun elemento arquitectónico e histórico vinculado ao Camiño Inglés e ao cauce fluvial. A información foi facilitada polo executivo en pleno a instancias do grupo do BNG. Os nacionalistas solicitaron que na medida do posible se separe o viaduto e a ponte medieval, de maneira que se poida protexer mellor o elemento patrimonial. A finais de xaneiro, despois de varios temporais, foi cando se fixeron máis evidentes as anomalías tanto na
O pleno da Mancomunidade de Ordes, integrado polos sete alcaldes da comarca, decidiu na súa reunión ordinaria de marzo solicitar ante a Xunta unha subvención para manter en funcionamento a Oficina de Cooperativismo. A contía solicitada supera os 36.000 euros e inclúe tanto gastos de persoal como a realización de actividades promocionais e formativas sobre as cooperativas e outras iniciativas semellantes relacionadas coa economía social. Nos últimos catro anos, o servizo da Mancomunidade vinculado co cooperativismo desenvolveu, entre outras iniciativas, encontros e xuntanzas de traballo con profesionais de distintos sectores, con especial interese nas producións agrícola e gandeira. Xornadas, cursiños, obradoiros ou a participación en eventos como ExpoOrdes son outras tarefas da oficina, na que se ofrece asesoramento e orientación a calquera persoa interesada.
Os danos na ponte, ao pé do Camiño Inglés, obrigaron a prohibir o tráfico rodado
ponte como na propia estrada entre os lugares do Mendo e do Ludiño, o que aconsellou evitar o tráfico. Nun primeiro momento, o Concello barallaba substituír a tubaxe metálica por unha estrutura de formigón realizada no propio lugar, ou ben colocar unha tubaxe de formigón ar-
mado de dimensións semellantes, realizando o seu emboquillado en pedra para aparentar unha mellor integración no conxunto. Sen embargo, mentres non se pronuncien os organismos dependentes da administración autonómica non optará por ningunha das posibilidades.
Crónicas - Marzo 2016
10
Actualidade ORDES
O auditorio da Casa da Cultura será adaptado para cadeiras de rodas O auditorio da Casa da Cultura prescindirá de oito asentos na primeira fila para gañar espazo e facilitar así o acceso de persoas con algún tipo de discapacidade que lles obrigue a utilizar cadeiras de rodas ou elementos semellantes. Así o anunciou o goberno municipal ante unha iniciativa presentada polos nacionalistas, que foi sometida a votación e obtivo o apoio unánime de todos os integrantes da corporación local.
ORDES
ORDES - MESÍA
Unha grave vertedura de purín contamina un afluente do Samo
ORDES
Curso: primeiros auxilios para bebés e infancia A Cruz Vermella de Ordes desenvolverá un curso de primeiros auxilios para bebés e infancia os días 1 e 2 de abril, o venres de 16 a 21 horas e o sábado de 9 a 14 horas. O prezo polo curso é de 55 euros, con descontos para desempregados, voluntarios e outros colectivos. Inscricións en http://formacion.cruzvermella. org/curso/ppaa-bebes-ordes-abril/
ORDES
Piden novos usos para a escola de Montaos e para un local no Campomaior O pleno ordense, a proposta do goberno local, aprobou por unanimidade solicitarlle á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria a autorización que lle permita utilizar para servizos de carácter social a escola unitaria de Santa Cruz de Montaos, que pechou como centro educativo no curso anterior. Tamén se pide utilizar para labores e proxectos educativos a casa do conserxe do CEIP Campomaior.
ORDES
Gómez instruirá o expediente de Cendal O expediente para concederlle a Isabel Cendal o título de filla predilecta de Ordes será instruído pola concelleira Verónica Gómez (PSOE). Este cometido estaba asignado a Silvia Marín (UxO), tenente de alcalde no anterior mandato, que renunciou. Cendal, nada en Parada en 1773, participou na expedición Balmis, que levou a vacina da variola a América.
Vista da vertedura, a carón do albergue de peregrinos de Bruma, en Mesía
Unha vertedura incontrolada de purín con orixe na Piolla (Ordes), preto do Mesón do Vento, contaminou o regato que pasa por Hospital de Bruma (Mesía) e pola parroquia de Ardemil (Ordes) ata confluír, augas abaixo, co río Traveso, á súa vez afluente do Samo. Os feitos, que causaron graves danos á fauna do río, sucederon o sábado 12 de marzo pola mañá. Os veciños, alarmados pola cor e o cheiro que presentaba o caudal, avisaron ao 112 para dar conta do sucedido. De inmediato, desprazáronse á zona efectivos da Garda Civil de Ordes, que localizaron o punto inicial da vertedura nunha eira particular da Piolla. Horas despois, acudiron profe-
sionais de Augas de Galicia e axentes da Policía Autonómica, que tomaron mostras da auga contaminada e, xunto cos gardas de Ordes, tamén procederon á identificación das persoas responsables da vertedura. Ao peche desta edición, descoñécense as causas exactas da vertedura, de maneira que non foi posible determinar se se tratou dun accidente, unha neglixencia, unha imprudencia ou incluso un acto voluntario. As consecuencias para os responsables variarían en función de cal teña sido a causa concreta, pero mesmo tratándose dun accidente enfróntanse a posibles sancións económicas se non se tomaron medidas para evitalo.
ORDES
Adeus ao carballo do instituto Como el caen centos cada ano no monte, moitos por efecto da concentración parcelaria e incumprindo claramente a legalidade, pero sen ningún tipo de castigo. Pero este resultou especial polo seu emprazamento. O carballo situado nas inmediacións do IES-1 de Ordes foi talado hai uns días, para disgusto dalgúns veciños e mesmo do alumnado. Descoñécese se foi por aproveitamento ou por seguridade, ao ter preto un edificio. Antigos estudantes do vetusto instituto expresaron ante Crónicas o seu disgusto tras ver como a motoserra se levou por diante unha parte dos seus escenarios de mocidade.
Unha comisión política plural fará seguimento das contratacións de persoal do Concello Unha nova comisión municipal, con integrantes de todas as formacións políticas representadas no pleno, encargarase de facer seguiento da contratación de persoal por pate do Concello de Ordes. A iniciativa foi presentada polo BNG e aprobada coa única abstención do PP. O grupo do goberno asegura que a proposta “coincide” co seu interese e das demais forzas, pero precisa que se viu “obrigado a absterse debido a un aspecto na redacción dun dos puntos do texto que os nacionalistas se negaron a corrixir”. Refírense á petición de que o alcalde comunique de inmediato os procesos de selección e remitir toda a documentación. Seguno o executivo, que bota man de explicacións ofrecidas polo secretario municipal, esta petición “contradí” a Lei de Réxime Local. Con todo, o alcalde ofreceuse a facilitar toda a información e documentación requirida na correspondente comisión, como di que xa se fai agora.
TORDOIA
O Punto de Atención á Infancia admite renovación de prazas durante o mes de marzo O Punto de Atención á Infancia (PAI) do Concello de Tordoia mantén aberto durante todo o mes de marzo o prazo de reserva de praza para os actuais usuarios e usuarias do servizo, dispoñible no municipio desde hai pouco tempo. Tal como recolle o artigo 10 do Regulamento de Réxime Interno do PAI, os nenos e nenas xa matriculados previamente teñen preferencia para a adxudicación de prazas para o vindeiro curso. Despois admítense os que xa teñan un irmán ou irmá no centro, os menores con medidas administrativas de tutela ou en acollida familiar. E as prazas sobrantes do proceso serán as que se convoquen para novas matriculacións, aplicando os baremos establecidos no mesmo regulamento. Tal como informan desde o Concello, as persoas interesadas en obter máis información deben dirixirse ao propio Punto de Atención á Infancia, ao departamento municipal de Servizos Sociais ou á educadora familiar.
Crónicas - Marzo 2016
11
Actualidade ORDES Na celebrada en marzo participaron quince negocios
ORDES
Este ano haberá outra Feira de Oportunidades
Expo Ordes celebrarase do 22 ao 24 de abril e incluirá un novo salón de moda e eventos
O comercio de Ordes ofrecerá unha nova edición da Feira de Oportunidades este ano. Así se anunciou despois da celebrada na primeira fin de semana de marzo, que rematou cunha “valoración altamente positiva dos establecementos participantes”, segundo o Concello. Nesta ocasión, foron quince negocios os que ofreceron produtos de fin de tempada de moi diversos sectores a prezos moi rebaixados. Aseguran que houbo maior afluencia de público que na edición anterior e que ademais tiña unha procedencia máis variada, polo que conclúen que a Feira de Oportunidades comeza a ser máis coñecida fóra de Ordes. Entre as actividades complementarias que se ofreceron, tamén no primeiro andar da Praza de Abastos, cabe destacar os cursos de repostaría, cun bo número de participantes. Entre os contidos dalgún destes cursiños, figuraron receitas de doces adaptadas a persoas celíacas ou diabéticas.
Quince establecementos ofreceron artigos de fin de tempada a prezos reducidos
Os obradoiros de repostería foron unha das actividades complementarias da feira
A feira multisectorial e de maquinaria agrícola Expo Ordes 2016 está xa fixada no calendario para os días 22, 23 e 24 de abril. A xornada máis festiva será a do domingo, coa celebració da vixésimo sétima edición da Festa do Champiñón. É a primeira vez que o actual goberno organiza o evento, que cada ano atrae milleiros de persoas á vila, co epicentro nas mostras e actividades asentadas no Campo da Feira. Sen embargo, unha das grandes novidades este ano estará emprazada no polideportivo Castelao I. Será a celebración do Salón Moda & Eventos. Contará con representación dos sectores do téxtil, o calzado, os complementos, a beleza, a coctelería e a restauración, as ambientacións musicais, a decoración e outras propostas en xeral vinculadas coas últimas tendencias sobre todo o necesario para a planificación, organización e celebración dos máis variados eventos sociais.
FRADES O goberno indica que solicitou fondos para poñer ao día áreas recreativas e construír unha piscina infantil
O Concello utilizará uns 13.000 euros dun plan provincial para cancelar a súa débeda bancaria O Concello de Frades utilizará 13.352 euros do Plan de Aforro e Investimentos 2016 da Deputación para amortizar o único préstamo bancario que lle resta por pagar. A
decisión tomouse por unanimidade de todas as formacións políticas no pleno. O alcalde, Roberto Rey, afirma que a utilización deste plan con tal fin permitirá “amortizar o préstamo
bancario que temos e aforrar os intereses, xa que a devolución faise en dez anos e sen xuros”. Ademais, o goberno informou no pleno de que solicitou 120.000 euros
do Fondo de Compensación Ambiental con Mesía para manter e arranxar áreas recreativas. Tamén pediu na Xunta 40.000 euros para unha piscina infantil a carón da actual.
Crónicas - Marzo 2016
12
ESPECiAl - XX ANiVERSARiO DUNHA ASOCiACiÓN iMPRESCiNDiBlE O BALANCE A entidade naceu para paliar o baleiro cultural crónico que padecía a comarca de Ordes
A Asociación Cultural “Obradoiro da H
Membros da directiva co poeta Manuel María en Ordes no ano 2000
A Asociación Cultural “Obradoiro da História” naceu no mes de marzo do ano 1996 cando un grupo de amigos e amigas decidiu organizarse e constituírse en asociación co obxectivo inicial de encher, dalgún xeito, o baleiro cultural crónico que padecía a comarca de Ordes e que as institucións políticas non se molestaban en atallar. Outra das pretensións iniciais era defender e dar a coñecer o patrimonio histórico, arqueolóxico e natural tantas veces ameazado, desprotexido e desprezado. As denuncias pola desfeita do patrimonio arqueolóxico (castros, medorras, camiños medievais...) e a publicación dos primeiros traballos de
historia local xeraron unha expectación e admiración recíproca entre a veciñanza e o grupo de activistas que lideraban a asociación. Esta aceptación mutua levou a que os seus responsábeis aumentasen os obxectivos no eido da investigación e da divulgación histórica local e doutros campos como o da arqueoloxía (descubriron o dolmen de Aiazo, en Frades), a etnografía ou a memoria histórica. Xa no ano 1997, a entidade comezou a investigar no eido do que posteriormente se chamaría “Memoria Histórica”, sendo esta asociación unha das pioneiras en Galicia... Coa edición de dous cadernos sobre o tema, os veciños de Ordes puideron coñecer
Primeiro acto público da asociación. Presentacion do libro ‘Os Camiños Antigos do Concello de Oroso’. 1996. Desde a dereita: Manuel Mirás, Manuel Pazos e Luís Álvarez Pousa
o acontecido durante a Segunda República, a represión do 36 e a loita da Guerrilla Antifranquista. O núcleo da asociación estaba formado pola súa directiva: Manuel Pazos, Daniel Pereiro, María Souto, Begoña Pérez e Suso Louro. Paralelamente, contaba cunha rede de socios e socias distribuídos pola comarca de Ordes e da colabora-
Tres campos de actividade para cumprir os obxectivos Para tentar cumprir os obxectivos marcados, a asociación desenvolve as súas actividades en tres campos: EDICIÓN DE PUBLICACIÓNS Distribuídas de balde, maioritariamente, e que supoñían unha novidade na recuperación e difusión da historia local. Publicacións en forma de folletos tipo A3, que a xente coleccionaba. Por exemplo biografiaron a persoeiros descoñecidos da zona como Manuel García Gerpe, Nicolás del Río Castelo, Alfonso Senra Bernárdez, Manuel Lois García, Vicente Carnota Pérez, Antonio Francisco de Castro, Moncho Valcarce... Posteriormente pasaron a publicacións en formato libro. ACTOS PÚBLICOS Que significan un contacto directo cos veciños, alternando as ofertas: xornadas literarias, presentación de libros, conferencias, etc. Nas Xornadas Literarias (que mesturaban literatura e música) pasaron por Ordes persoeiros da talla
teraria da Terra de Ordes. DENUNCIAS A Asociación Cultural Obradoiro da História é pioneira na bisbarra por denunciar as agresións ao patrimonio histórico, artístico, arqueolóxico e natural; denuncias dirixidas a varias institucións: Dirección Xeral de Patrimonio, Valedor do Pobo, prensa… Algunhas destas denuncias, por constituíren unha novidade, tiveron gran repercusión nos medios de comunicación e axudaron a concienciar aos veciños da necesidade de protexer e respectar vestixios arqueolóxicos. Primeiro libro editado polo Obradoiro da História, de 1996
de Neira Vilas, Manuel María, Suso de Toro, Méndez Ferrín, Bernardino Graña... Tamén organizaron exposicións sobre temas etnográficos e da Memoria Histórica, todas con grande éxito de asistencia e interese. Igualmente editaron “Segrel”, a revista li-
s Ao longo do o i m a A.C. ObraPre doiro da tempo, História deu o seu apoio a varios colectivos de carácter cultural, ecolóxico e social, comprometéndose sempre coa defensa da lingua e da cultura do noso país. O 12 de marzo de 2005, a A.C. Obradoiro da História recibiu o
ción dun grupo de empresas que patrocinaban as actividades, ante a falta de axudas institucionais, sobre todo durante os primeiros anos de vida da asociación. Na actualidade a asociación cultural dedícase, basicamente, a editar publicacións en formato libro e o seu presidente, Manuel Pazos, segue á fronte dela.
Conmemoración Un dos eventos máis significativos da conmemoración do vixésimo aniversario vai ser a publicación, nos vindeiros meses, dun tríptico biográfico sobre Lois Porteiro Garea. Obradoiro da História aproveitará deste xeito que este ano se lembra o centenario da fundación das Irmandades da Fala (1916-2016). Lois Porteiro foi un dos seus impulsores, presidente da Irmandade de Santiago. Está soterrado no cemiterio de Gafoi (Ponte Carreira), concello de Frades. Recibirá unha homenaxe merecida.
“Premio Irmandade Moncho Valcarce” na modalidade de “Defensa da Terra”. O segundo galardón recibido pola asociación foi o día 28 de setembro do ano 2008, cando lle foi concedida a “Cunca das Artes 2008” pola Asociación de Amizade e das Artes Galego Portuguesa.
Crónicas - Marzo 2016
13
ESPECiAl - XX ANiVERSARiO DUNHA ASOCiACiÓN iMPRESCiNDiBlE 1996-2016
História” de Ordes cumpre 20 anos
Manuel Pazos Gómez, nunha imaxe tomada ante a Fundación José Saramago
Manuel Pazos, o alma máter
Nota do premio Nobel José Saramago a Manuel Pazos. Lanzarote, 2001
Manuel Pazos Gómez (nado na parroquia de Marzoa, Oroso) é diplomado en Maxisterio pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), ademais de especialista universitario en Arquivística pola Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED). Realizou cursos oficiais relacionados coa animación cultural, biblioteconomía, arquivística, museoloxía e centros de documentación en xeral.
Manuel Pazos, activista cultural é autor da maioría de traballos editados pola asociación, considérase un afortunado debido a que todos os actos realizados pola asociación (tanto públicos como a edición de publicacións) foron un éxito, polo que denota que a xente demanda coñecer a súa historia máis achegada. Tamén se considera afortunado pois debido ao seu activismo cultural nestes últimos 20 anos coñeceu e
Na actualidade as súas liñas de investigación céntranse na produción historiográfica sobre distintos aspectos da historia contemporánea na bisbarra de Ordes. É promotor e responsábel do Arquivo Histórico de Imaxes do Concello de Oroso e presidente da Asociación Cultural Obradoiro da História, unha das entidades pioneiras no estudo da denominada “memoria histórica” do noso país.
compartiu experiencias culturais, en persoa ou a través de relación epistolar con grandes (e históricos) persoeiros da cultura, moitos xa falecidos, por exemplo: Antón Fraguas, Francisco Fernández del Riego, Isaac Díaz Pardo, Avelino Pousa Antelo, Xosé Neira Vilas, Manuel María, Xosé Luis Méndez Ferrín, Bernardino Graña, José Saramago, Xesús Alonso Montero... E tamén cos máis importantes historiadores da Memoria Histórica.
Dúas décadas de publicacións
Caderno sobre Manuel Ponte Pedreira.1997
Caderno sobre a Segunda República en Ordes. 2001
Libro ‘Ordes. Crónica fotográfica do século XX’. 2002
Guía Turística de Oroso. 2008
Libro ‘Despois da guerra’ 2003
Libro ‘A guerra silenciada’, sobre mortes violentas na comarca
Concello de Oroso. Guía Histórica en Imaxes. 2004
Libro ‘A República da Berxa’. 2014
Catálogo de imaxes de Victorino Verea Montero.
‘San Martiño de Marzoa. Imaxes para o recordo’. 2007
14
Crónicas - Marzo 2016
Economía LEITE As industrias ameazan co cese da recollida para baixar aínda máis os prezos
A Unión Europea tampouco ofrece solucións á ruína do sector leiteiro Unha pequena expectativa quedou nun gran fiasco. A reunión de ministros de Agricultura da Unión Europea para abordar a crise do sector leiteiro rematou sen solucións efectivas, nada que permita recuperar os prezos de inmediato. Se o que se desexaba era un incremento nos prezos de intervención do leite e da manteiga para que o mercado reaccionase con subas, as autoridades europeas laváronse as mans e desbotan medidas de control sobre o mercado. Unicamente duplicarán os volumes de leite en po e manteiga que se mercarán a prezo fixo. Coa produción á alza desde a fin do sistema de cotas, non se contempla ningunha medida de contención. O máximo que consentiu o comisario de Agricultura, Phil Hogan, é estudar a autorización de acordos voluntarios e temporais no sector, basicamente entre os produtores e a industria no foro da Interprofesional Láctea. A ministra de Agricultura en funcións, Isabel García Tejerina, declarou que a decisión comunitaria era a esperable e asumiu que as medidas tomadas ata agora non permitiron recuperar os prezos. Mentres, a conselleira do Medio Rural, Ánxeles Vázquez, que nos días previos insistía na necesidade de aumentar os prezos de intervención, fala agora dun “reto que marca Europa para mellorar o mercado lácteo”. A proposta da responsable autonómica tras as noticias chegadas de Bruxelas é que produtores, interprofesionais e cooperativas establezan eses acordos voluntarios para baixar
(euros/litro) 0,288 Galicia 0,338 Andalucía 0,313 Aragón 0,326 Asturias 0,327 Baleares 0,451 Canarias 0,300 Cantabria Castela-A Mancha 0,323 0,314 Castela e León 0,318 Cataluña 0,322 Extremadura 0,317 Madrid 0,299 Murcia 0,314 Navarra 0,344 Euskadi 0,325 A Rioxa 0,325 Valencia
0,288 0,343 0,321 0,325 0,331 0,450 0,303 0,326 0,317 0,323 0,326 0,322 0,309 0,324 0,343 0,329 0,322
0,308
0,311
ESPAÑA
Queiman unha cisterna de Leite Río en Abellá Unha cisterna para o transporte de leite rotulada coa imaxe de Leite Río foi incendiada na madrugada do 7 ao 8 de marzo en Abellá (Frades). Estaba estacionada ao pé da estrada autonómica que vai de Ordes a Lanzá. Un camioneiro que durmía nas inmediacións enterouse do que sucedía ao espertar co estourido das rodas. Ao lugar dos feitos acudiron os Bombeiros máis efectivos da Garda Civil. A unidade afectada pertencía a un autónomo que recolle e transporta para a empresa de Jesús Lence. Ninguén viu nada, pero pénsase que esta acción puido ser obra de persoas en situación crítica por mor da falta de solucións á ruína do sector leiteiro. As entidades sindicais rexeitan o uso destes métodos para protestar e no sector defenden as mobilizacións intensas pero pacíficas. a produción e rematar co exceso de oferta. Desde a oposición, acusaron á Xunta de deixar os Gandeiros “desprotexidos diante dunha industria cuxa única estratexia comercial está baseada en comprar leite barato” e
que nos últimos días intensifica a posición dominante con ameazas de non recoller para forzar que o prezo baixe ata os 18 céntimos por litro, en palabras do parlamentario Pablo García, do PSdeG-PSOE. Os sindicatos insistiron en que as
FORESTAL E-monte, en probas ata maio, xa permite operacións de compravenda
Preséntase en Ordes unha web para a poxa de madeira a través de internet As comarcas de Ordes e de Lemos, esta en Lugo, son as primeiras nas que se está presentando o proxecto E-monte, para a poxa de madeira a través de internet. En realidade, é xa máis un feito que un proxecto, posto que xa permite efectuar operacións de compraveda, aínda que ata maio estea en fase de probas. E-monte (www.emonte.es) ten por obxectivo ser útil tanto para os propietarios de madeira como para as empresas que se dedican a mercala. Para ambas as dúas partes, con-
PREZOS DO LEITE
XANEIRO / DECEMBRO
formarase como unha lonxa virtual das producións forestais. A utilización para os vendedores de madeira é de balde e o funcionamento resulta bastante sinxelo. Os propietarios teñen que ofrecer os datos esenciais sobre a parcela e a especie que venden, co propósito de que facilitar as valoracións. Os compradores presentan as súas ofertas a través da web e o vendedor decide, á vista de como evolucionen as propostas, cando chega o momento máis propicio para vender.
Os propietarios de madeira non coñecerán que empresas lles lanzan ofertas. Só coñecerán a identidade da compradora á que lle acepten a oferta. Deste xeito, garántase que a transacción se materialice a través de E-monte. Hai que ter en conta que os ingresos do proxecto, cando estea en pleno funcionamento, corresponderán ao 1 % do importe e cada compravenda. De todos os xeitos, se o vendedor da madeira se fai usuario de pago si pode coñecer que empresas lle van formulando ofertas.
MEDIA ESPAÑOLA ÚLTIMOS ANOS 2013 0,353 2014 0,362 2015 0,310 2016 0,308
PRODUCIÓN XANEIRO 2015
2016
Galicia 214.325 tn 221.511 tn España 554.243 tn 588.275 tn Fonte: FEGA (01-03-2016)
decisións da UE non solucionan nada. Argumentan que baixar a produción en España, que moxe menos do que bebe, só servirá para que entre máis leite foráneo, pero non para facer subir os prezos. En todo caso, defenden que unha baixada de produción sexa coordinada en toda España, non en acordos individuais. Auguran que a industria e a distribución farán valer a súa posición de abuso para seguir trasladando a produción ao sur e o leste españois. Para quen estea pensando nesta iniciativa, que tamén conta cunha app para móbiles, como un bo método para taxar a súa madeira, debe saber que os creadores de E-monte teñen contemplado o cobro dunha cantidade para quen desista da venda despois de ter chegado a un acordo co comprador. E por un tempo tampouco poderá volver a presentar lotes de madeira para a poxa. As empresas que desexen pugnar pola madeira en venda deben rexistrarse previamente. Recibirán a información documental e gráfica precisa sobre a ubicación do terreo, pero por suposto nunca datos confidenciais da propiedade. Ademais dos sete municipios da comarca ordense, E-monte abrangue nesta fase inicial outros quince nas comarcas de Arzúa, Melide e Compostela.
Crónicas - Marzo 2016
15
XENTE DE AQUÍ ORDES Prevese que milleiros de persoas participen na procesión do Venres Santo
OROSO
Ordes mergúllase na Semana Santa, con actos litúrxicos todos os días ata o sábado
A celebración do Día da Xuventude 2016 ten lugar este xoves 24 na Alameda en Sigüeiro
Ordes mergúllase estes días nos actos conmemorativos da Semana Santa, que terán como evento máis multitudinario a procesión da Virxe das Dores e da Soidade, o venres con percorrido polas principais rúas da vila. Xa este pasado domingo celebrouse a bendición de ramos, coa novidade de que tivo lugar no espazo público da Alameda. Pola tarde, foi programada unha misa e unha reflexión coresmal baixo o título ‘Converternos á Misericordia’. Segundo o programa, difundido polo Concello de Ordes, estes luns e martes a misa vespertina é ás 19:30 horas, novamente con reflexión coresmal, luns sobre ‘O Pai Misericordioso’ e o mar Xa o Mércores Santo, haberá penitencia para nenos e nenas ás 12:30 horas, e a dos adultos ás 19:30 horas. O Xoves Santo ás 18 horas darán comezo os oficios relixiosos e ás 21 horas a conmemoración da Hora Santa. O Venres Santo, tras a celebración do solemne Vía Crucis ás 12 do me-
Este próximo xoves, día 24 de marzo, é a data sinalada para a celebración do Día da Xuventude 2016 en Oroso. A festa terá lugar na Alameda de Gois, situada en Sigüeiro, a capital municipal. Os organizadores programaron as actuacións de dúas orquestras: París de Noia e Marbella. Será en sesión nocturna, nunha tradicional verbena que comezará a partir das 22:00 horas da noite. A previsión meteorolóxica anticipa para o xoves unha xornada de ceos con intervalos nubosos e unha probabilidade de precipitación do 25 %. Non obstante, a organización ten previsto contar cunha carpa para poder estar a cuberto. Aínda que non chova, axudará a resgardarse das temperaturas, pouco elevadas pola noite nesta época do ano. Outro dos atractivos do Día da Xuventude de Oroso é que contará cunha pulpeira, moi útil para quen non queira pensar en preparar a cea nunha xornada festiva.
Un aspecto da procesión do Venres Santo polas rúas da vila, o ano pasado
diodía, e a Morte do Señor ás 17 horas, ás 21 horas arrancará a procesión da Virxe das Dores e da Soidade. Cóntase coa participación de milleiros de persoas, venerando a imaxe da Virxe nun percorrido polas rúas Alfonso Senra, Rosalía de Castro, Lagartos, Recreo e Mediodía. Máis de 300 in-
tegrantes da confraría levan semanas preparando este acto, e terán apoio da Garda Civil, a Policía Local ou os Bombeiros de Ordes. E o Sábado Santo, vixilia pascual a partir das 21 horas. Terá lugar tamén na igrexa parroquial de Santa María de Ordes.
PRÓXIMOS CURSOS EN ORDES * PRÓXIMOS CURSOS EN ORDES * PRÓXIMOS CURSOS EN ORDES * PRÓXIMOS CURSOS EN ORDES
OPERADOR DE CARRETILLAS ELEVADORAS Cumpliendo la norma UNE 58451-2014 Formación de los operadores de carretillas hasta 10.000 kg.
EN AMBOS CURSOS: 8 horas de formación teórica. • Grupos de 10 alumnos: 6 horas de prácticas. • Grupos de 12 alumnos: 8 horas de prácticas. Con posibilidad de bonificiación a través de los Seguros Sociales - Fundación Tripartita
SOLICITA INFORMACIÓN: • 981 68 01 38 • autoescolagende@gmail.com • Reme Gende
175 € OPERADOR DE CAMIÓN GRÚA Cumpliendo la norma UNE 58451-2014 Formación de los operadores de carretillas de manutención hasta 10.000 kg.
Rúa do Muiño, 10 - 1º D - 15680 ORDES (A Coruña) Telf.: 981 680 138 - Móvil: 696 962 490 e-mail: autoescolagende@gmail.com
175 €
Crónicas - Marzo 2016
16
xente dE aquí ORDES
COMARCA As actividades nos colexios tiveron o maior protagonismo no 8-M
O ciclo de sesións de observación astronómica comezou en Montaos
O Día da Muller orientouse aos máis pequenos
A actividade, no campo de fútbol
O ciclo de xornadas de observación astronómica que chegará a varios lugares de Ordes comezou na parroquia de Santa Cruz de Montaos. A actividade ‘Observando o cosmos’ congregou unhas trinta persoas no campo de fútbol. Botando man dun telescopio, e escoitando as explicacións dos monitores, aprezaron en detalle a lúa, nesa xornada en cuarto crecente, ademais doutros corpos celestes. O programa irá chegando as vindeiras semanas a outras localidades do municipio.
A conmemoración do 8 de marzo como Día Internacional da Muller deulle o maior protagonismo aos escolares nas súas actividades, con obradoiros, representacións teatrais e outras propostas didácticas que fan fincapé na igualdade de xénero e na necesidade de erradicar calquera tipo de discriminación. Non obstante, desenvolvéronse tamén iniciativas para a poboación en xeral, como é o caso do Concurso de Fotografía ‘Muller Traballadora’, que este ano acadou a súa sexta edición en Oroso. Desde a Mancomunidade de Ordes, emitiron un manifesto no que se expresa que “as mulleres conseguimos moitos logros, inimaxinables hai só unhas décadas, pero entendemos que máis que nunca debemos mirar adiante e darlle sentido a este Día”, para avanzar na loita contra o elevado paro feminino, a desigualdade salarial, a explotación laboral, a violencia de xénero, ou as sobrecargas sociais e familiares.
Belén Cores e Leticia Blanco gañon o concurso de fotos ‘Muller Traballadora’ en Oroso
Representación de ‘A viaxe de Rosalía’, espectáculo de monicreques, en Frades
ORDES O Concello asegura que a cita gastronómica do Mesón do Vento “non puido ser mellor”
Lacón, grelos e leite para unha festa maior de idade
A promoción do leite con orixe galega e as actuacións do encontro folclórico, algunhas das actividades programadas na festa
O recinto feiral acolleu postos de artesanía e alimentación
A degustación do lacón con grelos atrae moito público o domingo
A XVIII Festa do Lacón con Grelos levou milleiros de persoas ao Mesón do Vento (Ordes) durante a fin de semana do 12 e o 13 de marzo. Para o Concello, a entrada na maioría de idade “non puido ser mellor” e vincúlao ao “enfoque lúdico e festivo co que o actual equipo de Goberno plantexou a organización”. Pode considerarse unha resposta ás críticas recibidas días antes desde o BNG, que cuestionara que se eliminase do programa a exposición de gando, afirmaba que había malestar veciñal e acusaba ao alcalde de querer “estragar e desmantelar a festa”. Polo demais, o evento tivo os ingredientes habituais. Unha feira de artesanía, desfile serodio de entroido, mostra de vehículos de ocasión e de maquinaria agrícola, probas cabalares e caninas... Novidade foi o encontro folclórico, no que se deron cita Sementes da Arte, Camiño Real de Poulo e a asociación de Leira. Protagonistas tamén a concentración moteira e para a visita da directora xeral de Gandeiría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, esta promovendo o consumo de leite galego.
Crónicas - Marzo 2016
17
xente dE aquí ORDES A formación actuou co trío ‘Vaamonde, Lamas e Romero’ en LP 45
FRADES
Aforo completo na primeira actuación que celebra o cuarto de século da Banda
O 4 de abril remata o prazo para inscribirse na excursión municipal a Segovia e Ávila
A primeira das actuacións que conmemora o vixésimo quinto aniversario da fundación da Banda de Música de Ordes encheu o aforo da discoteca LP 45. A formación musical actuou xunto ao trío ‘Vaamonde, Lamas e Romero’ e ofreceron un espectáculo no que as partituras se impregnaron de moito humor e retranca. A actuación, organizada pola Asociación Cultural Amigos da Música coa colaboración do Concello de Ordes, a Deputación da Coruña e a discoteca LP 45, tivo precisamente o propósito de darlle un enfoque cómico á música. Nas outras dúas que se programaron, o acento vaise poñer nunha perspectiva máis tradicional cun concerto popular ‘A tres bandas’ e no lecer dos cativos e das súas familias, con ‘Teatro de Banda’. O próximo acto conmemorativo da banda vai ser a edición dun cedé conmemorativo, que prepararon conxuntamente con entidades musicais da comarca, como corais ou agrupacións folclóricas. As novas
Ata o vindeiro 4 de abril, está aberto o prazo de anotación para participar na excursión a Segovia e Ávila que o Concello de Frades programou para os días 15, 16 e 17 de abril. O Concello asegura que o límite de prazas dispoñibles é de 55, equivalentes a un autobús. As inscricións hai que efectualas na Casa do Concello (981 695 567). A excursión ten un prezo de 160 euros para persoas empadroadas en Frades. Os de fóra teñen que pagar 185 euros e só poderán participar se os censados non completan todas as prazas. O custo inclúe aloxamento en réxime de pensión completa, desprazamento e visitas a Pedraza, Sepúlveda, Alba de Tormes, Arévalo, Segovia e Ávila. Esta nova proposta lúdica dálle continuidade a outras viaxes organizadas polo Concello de Frades nos últimos tempos, con destinos como Asturias, Cantabria, Salamanca ou Portugal.
Humor e música fusionáronse na actuación con ‘Vaamonde, Lamas e Romero’
actuacións vinculadas ao vixésimo quinto aniversario están programadas para o 6 de agosto, o 19 de novembro e as datas de Nadal. Tal como indican desde a Banda, o espírito da conmemoración é involu-
crar a todos os veciños e veciñas posibles de Ordes e da súa contorna, como levan facendo desde o 26 de xullo de 1991 espallando a música feita desde Ordes con innumerables actuacións por todas partes.
OROSO
FRADES
A prevención de infeccións, nun novo Martes Saudable
Máis de 500 persoas acudiron á Festa da Filloa e da Cachucha
Público nunha nova sesión do programa ‘Martes Saudables’ en Oroso
Entrega dunha das dúas cestas de produtos que se sortearon durante a festa
A prevención de infeccións foi o tema xeral dunha nova edición dos Martes Saudables, o programa de charlas relacionadas coa saúde, o benestar e os servizos sociais que o Concello de Oroso desenvolve cos maiores. Na sesión, que se prolongou durante case dúas horas nas insta-
A Festa da Filloa e da Cachucha, que se celebrou por quinto ano en Abellá (Frades), superou os 500 participantes, segundo calcula a organización, que tamén estima que se distribuíron de balde unhas 4.000 filloas e vinte cachuchas. A bebida si era de pago. Dez persoas encargáronse de
lacións do local social da terceira idade, os arredor de quince veciños e veciñas participantes tiveron ocasión de coñecer consellos relacionados coa seguridade no fogar e coa saúde na mesa. A intención desta iniciativa é que os maiores poidan adoptar pautas cotiás máis saudables.
preparar as filloas desde primeira hora da xornada do 13 de marzo no pavillón. Ademais, sorteáronse dúas cestas de produtos, que recaeron en Marisé Neira e en María Seoane. Da música encargouse a Escola de Música Tradicional de Mesía. A organización agradeceu todas as colaboracións.
18
Crónicas - Marzo 2016
xente dE aquí ORDES
ORDES
Un curso sitúa os ordenses na vangarda da fotografía dixital
Unha obradoiro analiza a Rosalía como defensora da muller
Alumnado do curso, no intre en que se retrataron cunha cámara estenopeica
A iniciativa enmárcase nos actos do 179 aniversario do nacemento da escritora
Unhas trinta persoas participan durante este trimestre nun curso de fotografía dixital en Ordes, impartido polo fotógrafo e artista visual Xosé Rivera dentro do programa cultural e deportivo municipal. Xa a primeira das sesións, que se desenvolven cada sábado en horario matinal, deu moito de si,
Unha charla-obradoiro analizou en Ordes a figura de Rosalía de Castro como defensora dos dereitos e da condición feminina. As participantes na iniciativa, organizada polo Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade, descubriron e estudaron aspectos e cuestións relacionadas co papel da muller na so-
abordando os conceptos básicos da composición fotográfica. Como unha boa maneira de sentar as bases da aprendizaxe é coñecer a orixe das cousas, a primeira práctica consistiu en tomar unha foto cunha cámara estenopeica, construída cunha simple caixa metálica. De aí á vangarda desta arte, só lles quedan unhas semanas.
ciedade ou dentro da estrutura familiar, o seu posicionamento nas relacións de parella, a facilidade que ten para acceder á cultura e ao coñecemento... Todo coa base dalgúns dos seus poemas contextualizados na época na que foron escritos para despois establecer unha comparación coa época actual.
ORDES
OROSO
A poda está feita, agora queda ver como se vai dando a froita
Entréganse os diplomas de monitoraxe de tempo libre
Algúns dos alumnos, no transcurso dunha das sesións prácticas do curso
No curso, con teoría e prácticas laborais, participan 23 mozos e mozas
A comezos deste mes de marzo, todos os grupos participantes remataron o curso de poda organizado polo Concello de Ordes. Non podían demorarse moito máis, posto que polo xeral esta é unha actividade que debe efectuarse pouco antes dos primeiros indicios da primavera.
O alumnado do curso de monitoraxe de tempo libre de Oroso recibiu os diplomas tras a conclusión do tramo teórico, que deu paso a unha etapa de 150 horas de prácticas laborais. En total, participan nesta acción formativa 23 mozos e mozas. No acto de entrega de diplo-
As clases superaron as trinta persoas participantes. Recbiron os coñecementos teóricos sobre as técnicas que se deben usar segundo a especie, o momento e a situación. E tamén tiveron tempo para realizar algunhas prácticas, ensaiando os enxertos inglés, de fendedura, de coroa, ou de xema.
mas, o concelleiro de Xuventude, Luis Rey, púxose como retos conseguir a creación dunha asociación xuvenil e darlle máis utilidade á Aula da Xuventude. O alcalde, Manuel Mirás, dixo botar en falta a mocidade nas actividaes e animounos a incrementar a súa implicación social.
Crónicas - Marzo 2016
19
xente dE aquí ORDES
TORDOIA
Charla sobre acompañamento de persoas con cancro
Vinte horas para pillarlle o xeito ao teléfono móbil
Algúns dos alumnos, no transcurso dunha das sesións prácticas do curso
Os participantes aprenderon habilidades básicas e algunha utilidade avanzada
A Asociación Española contra o Cancro (AECC) en Ordes, en colaboración co Concello de Ordes, ofrece unha charla sobre o acompañamento para persoas con cancro. A intervención correu a cargo do psicólogo Marcos Calvo, que ofreceu unha serie de premisas e
O curso que ofreceu o Concello de Tordoia para aprender a manexar o teléfono móbil intelixente rematou despois dun mes de clases. En total, foron vinte horas nas que os participantes aprenderon as habilidades máis básicas na utilización deste tipo de terminais,
consellos para as persoas que pasan por esa situación, tanto os enfermos como os seus familiares ou amizades. Esta actividade reuniu numeroso público na Casa da Cultura de Ordes. Entre os asistentes, estivo presente a concelleira Ana Soneira.
pero tamén no uso de aplicacións, correo electrónico e navegación por internet. O Concello anuncia novos cursos deste tipo ao longo do ano. Na programación municipal, figura tamén un curso de técnicas de busca de emprego para persoas en situación de paro.
COMARCA
CERCEDA
Mónica Cores, de Montaos, gaña o ‘Rosalía verso a verso’
Tres días de excursión por terras castelás para veciños de Cerceda
O presidente da Mancomunidade e a responsable do SNL entregaron o premio
A viaxe permitiu coñecer algúns dos emblemas turísticos das zonas visitadas
O concurso ‘Rosalía verso a verso’, da Mancomunidade de Ordes, tivo como gañadora a Mónica Cores Vázquez, natural de Santa Cruz de Montaos (Ordes). O traballo co que gañou foi unha videomontaxe a partir do poema ‘Unha vez tiven un cravo’, da obra ‘Follas novas’. Ela mesma encargouse de poñerlle voz á crea-
Veciños e veciñas de Cerceda participaron na excursión que o Concello organizou para os días 11, 12 e 13 de marzo con destino a Salamanca, Zamora, Toro, La Alberca e Puebla de Sanabria. Na viaxe, detivéronse a coñecer os lugares turísticos máis emblemáticos de todas estas paraxes. A próxima actividade deste
ción audiovisual, que recibiu máis de 130 votos por parte dos seguidores do certame. O premio, consistente nun lote de libros e material audiovisual sobre Rosalía, foi entregado polo presidente da Mancomunidade, Roberto Rey, e a responsable do Servizo de Normalización Lingüística (SNL), Irene Bravo.
tipo ten como destino Asturias, con visitas ao Museo da Minería, a Oviedo, a Covadonga, a Cangas de Onís, a Lastres, a Xixón e a Avilés. Será tamén de tres días de duración, en concreto o 3, 4 e 5 de xuño. O prazo para anotarse comeza este 30 de marzo. O prezo é de 150 euros por persoa, con aloxamento en cuarto doble.
20
Crónicas - Marzo 2016
DEPORTES ZUMBA A primeira master class solidaria de Ordes recada diñeiro para a AECC e alimentos para Cáritas
Cando a solidariedade axita todo un pavillón Máis de duascentas persoas, de case todas as idades, tratando de seguir o paso dos monitores de zumba, unhas con máis coordinación que outras, durante máis de tres horas. O ‘espectáculo’ tivo algo de cómico, de perda de complexos innecesarios. Pero no fondo resulta conmovedor, se se pensa que o que axitou tantas almas no pavillón Castelao I de Ordes foi a solidariedade. E é que a I Master Class de Zumba, organizada pola monitora Noelia Moledo e polo Concello, tiña como fin recadar diñeiro para a xunta local da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) e alimentos para Cáritas de Ordes. Superáronse os 1.300 euros e a media tonelada de comida. Cabe destacar a participación da veciñanza do municipio e de varios lugares da contorna, por suposto, pero tamén a implicación do comercio local e de diversas firmas do sector deportivo, que colaboraron con material e facilitaron ademais un sorteo de agasallos. Desde o Concello aseguran que teñen a petición dunha nova convocatoria deste tipo, polo que estudarán posibles datas.
Se por algo se caracteriza a zumba, é pola enerxía nos movementos e o desenfado co que se desenvolven as sesións
ATLETISMO - CAMPIONATO GALEGO EN PISTA CUBERTA
Ouros para Ánxeles Rodríguez en lanzamento de peso e para Alejandra Souto en 50 metros lisos
Rodríguez, do Atlética A Silva, no máis alto do podio de lanzamento de peso, coa súa compañeira Abuín segunda
A ordense Ánxeles Rodríguez logrou a medalla de ouro no Campionato Galego de Atletismo de pista cuberta en cateogoría de veteranos, que se disputou nas instalacións deportivas de Riazor (A Coruña). Concretamente, Rodríguez po-
sicionouse como a mellor galega da súa categoría na proba de lanzamento de peso, cunha marca de 7,48. Superou por pouco á súa compañeira no club Atlética A Silva Ana María Abuín (7,46), subcampioa. Rodríguez destacou tamén nas
probas de salto de altura, na que unha marca de 1,00 deulle a cuarta posición, e de lonxitude, novena con 2,79. Ademais, outra ordense do Club Atlética A Silva, Alejandra Souto Vieites, proclamouse campioa ga-
Alejandra Souto Vieites tamén foi subcampioa en salto de lonxitude
lega alevín na proba de 50 metros lisos e subcampioa galega alevín en salto de lonxitude. Como é habitual neste tipo de éxitos deportivos, Souto Vieites recibiu unha felicitación por parte do Concello de Ordes.
Cr贸nicas - Marzo 2016
21
PUBLICIDADE
Crónicas - Marzo 2016
22
DEPORTES CICLISMO O primeiro Memorial do fundador de Tambre Bike reúne case oitenta competidores no seu recordo
Seguir pedaleando, a mellor homenaxe a Abad O I Memorial Fernando Abad, disputado en Oroso o sábado 27 de febreiro, sumou 77 ciclistas. Máis que competir, esta vez uniunos o recordo ao compañeiro e fundador do club Tambre Bike, falecido tristemente en 2015. A entidade, xunto ao Concello, encargouse da organización da proba. Amancio Espiñeira, presidente de Tambre Bike, anticipou que este evento “levará o seu nome de aquí en diante, polo que nos aportou como deportistas e como persoas”. En presenza de seus pais, asegurou que “na lembranza e no tempo, Fernando estará sempre con nós”. Fernando Abad pai e Esther Roca, a nai, recibiron senllas placas conmemorativas e encargáronse do corte de cinta do inicio da carreira. No aspecto deportivo, a chuvia e a friaxe foron condicionantes importantes. Ao remate, gañou Vicente Allo, do Código Atlántico Club Ciclista, que a dúas voltas do remate lanzou unha pequena escapada que lle reportaría finalmente a vantaxe
necesaria para poder entrar en solitario na meta. Segundo foi Gonzalo Aguiar, da Asociación Galega de Ciclistas, e terceiro Francisco Iglesias, do Supermercados Froiz. Os tres primeiros clasificados pertencen á categoría M-40. Na M-30, o primeiro foi Emilio de la Campa, do Master Morrazo e quinto na xeral. Rubén Fernández (Norinver) foi segundo e Iván Raña terceiro na categoría. O ordense participou a título individual co fin de homenaxear o seu amigo Abad “porque a mellor homenaxe que lle podemos facer é pedaleando a facendo o que máis lle gustaba”. Os premios foron entregados polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o presidente da Federación Galega de Ciclismo, Juan Carlos Muñiz Nieto. Estiveron acompañados por varios concelleiros do goberno. A proba consistiu en 12 voltas a un circuíto de asfalto con saída e chegada en Sigüeiro e traxecto polas inmediacións. O conxunto do percorrido foi de 64,8 km.
Acto de entrega de premios, nunha proba na que influíron a chuvia e a friaxe
NATACIÓN
TROFEO DE PATINAXE DA DEPUTACIÓN
Dúas estrelas do salvamento
Alba Diéguez, entre as primeiras
Antía Martínez Sánchez
Lara López Fernández
Antía Martínez Sánchez e Lara López Fernández, as dúas de Ordes, participaron con resultados moi destacables no Campionato de España de Salvamento e Socorrismo Infantil e Cadete, que
se disputou en Valladolid hai uns días. López fíxose co quinto posto e Martínez foi duodécima na proba de 100 metros maniquí aletas infantil feminina.
Alba Diéguez Veiras, patinadora pertencente ao club de patinaxe Galia, de Ordes, logrou clasificarse entre as dez primeiras da categoría infantil da competición do Trofeo da Deputación da Coruña. Esta foi a primeira ocasión na que a entidade deportiva ordense participou nesta competición, que se desenvolveu en instalacións deportivas situadas no municipio de Culleredo a principios do mes de marzo.
Crónicas - Marzo 2016
23
OPiNiÓN Os paxariños da Alameda Todo sexa dito, a verdade é que o guionista leva varios capítulos acertando de pleno, evitando que os actores tropecen nas súas interpretacións e que as tramas se retorzan máis do necesario. Así que chapó, chapó, chapó. Por méritos. O que leva a pensar que en películas anteriores fallaron tamén os intérpretes, ata o punto de nin deixarse aconsellar. Xa o apuntou a anduriña cando os viu asentarse no niño, que como non teñan coidado desfano. Eles tamén... Ñam, ñam, ñam... Xa noutras pólas, así funcionan as trituradoras en datas recentes no despacho podre. Apareceu certa documentación mal perfumada, que lonxanamente podería ter copia nalgún Azeta-Net. Así que primeiro machacan e despois ao lume da casa, que de noite aínda vai frío e en Sogama agora reciclan moito e nunca se sabe...
Sección de chíos, murmuracións e faladorías pilladas polo aire, unhas máis certas que outras
Ía a pomba camiño do encontro co lagarto e parou a pensar se habería algún misterio entre tanto misterio. Semellaba o día en que o estorniño da lagoa se atopara coa garza do río, que nunca ata ese momento reparara ningún dos dous no proveitosa que podería ser unha simbiose. Proveitosa en común fronte ao inimigo, que é o que o ornitólogo entende que deberían ir avaliando todos. Tan contento e entusiasmado voaba algún carrizo sobre a roseira que nin sequera se deu conta de que se facía tarde, de que se metía na noite e de que se non se apartaba a tempo acabaría cheo de espiñas. Foi unha especie de emoción patriótica, de intoxicación pseudoetílica polo cheiro que desprenden as flores en descomposición. Non soubo distinguir os efectos publicitarios da vida real. Un fenómeno de persuasión colectiva impropio da ave. Pero sucedeu. Hai que temer.
A verdade é que os científicos intentarán estudar o caso con detalle, avaliar ben as causas e sobre todo determinar se só é un asunto pasaxeiro ou se aínda por riba se debe a un defecto na evolución da especie, que non sería o primeiro. Por que calan as aves? Por que non pía ningunha, sexa cal sexa a cor do seu fío? Por que non moven unha soa á? Tan cosidas están ao mundo irreal? Tanto medo lle teñen ás agullas? De verdade non saben nada? De verdade non o queren saber? De verdade pensan que van poder disimular sempre? Unha gaivota que se foi pousar estes días en cúpula allea, invadindo terreo da cegoña, deuse conta tarde de que botara mal os cálculos. Pero se os bota ben tamén verá que aínda sae gañando algo, sempre e cando se mova sobre o terreo e non tanto sobre as planas tipográficas.
Tantos ciumes quería causar no bispo a gaivota do hórreo (a traballadora, que ninguén se confunda) que ao final levouse un chasco. E menos mal que non sabe que o bispo observou toda a operación con indiferencia, despreocupado e divertido. Para que se vai molestar por un simple disparo canónico. O importante para el, como se fose unha pega cleptómana, é ter o euro na arca. Aí é onde mellor toma proveito cando chegue o momento. Amortiza moi ben. Ou non? Quizais facendo contas sae caro. Pero sae. Andan as rosas do Tambre, que por certo non pensaban atopar un polbo no río, lanzando mensaxes a través dun bípedo rodado de verde capa? De ser así, van erradas se pensan que os recados se poden entender por ese procedemento. Éralles mellor emitir mensaxes como no seu día as pitas de monte, directas e sen remordementos, nin previos nin posteriores.
NORSERCO S.L. desenvolve a súa actividade no campo das obras ambientais e civís de diversa índole (forestais, restauracións paisaxísticas, infraestruturas rurais, agrícolas e gandeiras, obras públicas, de urbanización, de xardinería, etc) ademais da Consultoría e Enxeñaría, contando con sobrada experiencia nestes sectores.
norserco sl
Temos unha empresa en común:
Galicia máis habitable, máis sostible. Naturalmente
Crónicas
Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.
Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L. Peche de edición: 18-03-2016. Depósito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com
VISITA O secretario xeral do PSOE, Pedro Sánchez, veu á comarca e comprometeu solucións á crise do leite
Por Mesía, camiño á Moncloa... ou non
Sánchez escoitou as demandas dos Gandeiros ante a grave crise do leite
En Crónicas aproveitamos a visita a Mesía para intentar gañar un lector máis
Un grupo de nenos pediulle a Sánchez que reduza os deberes se chega a presidente
Por unha tarde, o secretario xeral do PSOE desconectou das negociacións, os debates e as votacións do seu primeiro intento de investidura, fallido, como presidente do Goberno. Por unha tarde, Pedro Sánchez tratou de conectar coa realidade de a pé, da que pouco ten que ver coas intrigas da ‘alta’ política, da realidade que queda moi lonxe da Moncloa pero coa que na comarca nos damos de bruces a diario. Si, por unha tarde Pedro Sánchez estivo na zona, en concreto en Mesía. O paso do deputado e aspirante a dirixir o país tivo á vez tintes de visita institucional e de acto preelectoral. Ben se pode pensar que é o máis axeitado nun país que tanto pode ter presidente á volta dunhas semanas como ter que votar de novo á volta doutras cantas. As liñas ás veces poden ser moi finas, tanto que se desdebuxan. A visita comezou no Concello, recibido polo alcalde, Mariano Iglesias, e varios concelleiros e veciños. Aínda que para a prensa a chegada trascendeu cunha antelación moito máis es-
casa do habitual, a maioría dos presentes no salón de plenos debían de estar algo máis prevenidos. Pero a algún que outro o evento pillouno de sorpresa, con toda a sorpresa que permite unha escuadra de cámaras e fotógrafos merodeando pola praza desde unha hora antes. Son os propios para preguntarlles, enterarse de se pasou algo ou vai vir alguén e, en función da resposta e dos intereses de cadaquén, quedarse a mirar ou marchar. De todo houbo. Quizais a reivindicación máis sincera que recibiu Sánchez no consistorio é a que lle plantaron, entre bicos, uns nenos: que cumpra o compromiso de limitar os deberes. E quizais a lección máis útil, pero quen sabe se aplicable, recibiuna do rexedor. Sánchez interesouse pola composición da corporación. Iglesias, o Iglesias de Mesía, o que se peitea en curto, explicoulle que son 9 edís do PSOE e 2 do PP. Sánchez non foi tan bo actor como para disimular un pouco de envexa. “Coa metade diso, xa apañaba”, puido dicir o xesto. E Mariano, o Mariano de Mesía, non o de Pontevedra,
advertiulle de que o seu grupo comezara con catro concelleiros en 2003 e que foi a forza de “traballo e xestión” como incrementou o apoio electoral. Aí, pouco máis. As cámaras agardaban o escenario prometido, o lugar de onde obter os recursos para o noticieiro da noite e quen sabe se algunha imaxe graciosa para aderezar algún espazo de entretemento. O destino era a Granxa Carro, en Boado. Explotación moderna, laboriosa, innovadora, ben xestionada, con centos de vacas e xatos... Moi idílica como paisaxe electoral. Pero Sánchez sabía ben ao que ía. E se lle esquecese polo camiño, algunhas caras que atopou ao chegar refrescaríanlle o acordo. Porque ía a outro encontro coa realidade de a pé, da que a moitos nenos da comarca lles preocupa aínda máis que a carga dos deberes. E xa non digamos aos seus pais! Sánchez ía verse cun grupo de Gandeiros da zona para analizar con eles as consecuencias da furibunda crise de prezos do leite que padecen desde hai un par de anos, agravada ata extremos insospeitados nos últimos meses. Comentaron a escasa marxe de manobra que lles queda por mor das prácticas da industria e da distribución, os problemas de non artellar un mercado no que cada peza poida avanzar sen que necesariamente afunda as demais, as dificultades que supón que non houbese nunca unha estratexia para o sector na Administración, a falta de expectativas de futuro claras... En definitiva, a contra-
O líder do PSOE percorreu toda a granxa
dición de que o país das vacas estea pensando en malvender as vacas. Así ata o punto de que Sánchez piou pouco despois no seu twitter que “urge un compromiso en Europa que ponga fin a la crisis del sector lácteo”. Mais esa é unha das súas urxencias a medio prazo. Antes, Pedro Sánchez ten outra, que debe atender se despois quere ocuparse das demais. É, claro está, a de intentar de novo a designación como presidente do Goberno. Quédanlle moitos camiños e encrucilladas por explorar para dar co salvoconduto que o poida levar como inquilino á Moncloa. Pero nese itinerario xa puxo a Mesía.