Cronicas comarcadeordes n28 abril2016

Page 1

Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 28 - Abril de 2016

e desd

1 gafa monofocal

77 €

trema. É a cantidade que atendeu a Cruz Vermella en 2015. Segundo a entidade, a cifra de persoas en vulnera-

bilidade ronda as 200. O programa de reparto de alimentos ofreceu case cinco toneladas de comida durante o

2 gafas progresivas

197 €

TÚ ÓPTICA DE CONFIANZA

Rúa Recreo nº 9 ORDES - Telf: 981 685 045

Preto de 140 persoas pasan necesidade extrema en Ordes En Ordes hai cando menos 136 persoas que atravesan unha situación socioeconómica de necesidade ex-

e desd

SÍGUENOS EN

E-15-001267

Crónicas

Verónica Dono

ano pasado no municipio. Co apoio veciñal, tamén distribúen outros artigos de primeira necesidade. Páx. 13

cOMARcA

un detido nunha operación contra a venda de heroína Páx. 9

OROSO

A XX Festa da troita busca acadar os 30.000 visitantes Páx. 24

ecONOMíA

A entrada de leite foráneo desmonta a tese do excedente Páx. 18

tRAZO

Risco de anulación do Plan Xeral e dos orzamentos locais

expo Ordes, en máximos

Páx. 10

A feira multisectorial supera os 160 expositores esta fin de semana

eNtReViStA

Páx. 19

OROSO

Mirás rexeita a denuncia por prevaricar, que atribúe ao PP

Descartan de momento a redución do tipo do IBI

Páx. 4

Mecá

ORdeS

nica e Neum átic a

Páx. 2

O grupo ‘Faíscas da Pontraga’, a punto de publicar o disco Páx. 27

Taller multimarca Amortiguadores Distribucións Mecánica en xeral Frenos e neumáticos Presupostos sen compromiso Revisións I.T.V. Diagnoses multimarca Cambios de aceite Aliñado de dirección Embragues Aire acondicionado

Fonte Estrei 28-30 Baixo, 3 15680 Ordes (A Coruña) talleresdepradoegranado@gmail.com / Telf: 981 68 85 73 / Móbil: 671 79 57 61 / Permanente: 696 42 27 94


Crónicas - Abril 2016

2

Actualidade ORDES Os nacionalistas propoñían paliar ata 2019 a suba dos valores catastrais

O goberno descarta de momento conxelar a contribución baixando o tipo

Instan a Hacienda a anular a taxa por regularización catastral nas granxas

O imposto da contribución seguirá subindo en Ordes. É o principal efecto práctico de que non prosperase a proposta do BNG para baixar progresivamente os tipos impositivos do IBI ata 2019 co fin de paliar a suba dos valores catastrais, conxelando así o que os veciños pagan ao Concello por este imposto. A iniciativa levaría o tipo dos inmobles de natureza urbana do 0,56 actual ata o 0,504 % en 2019, e os de rústica de 0,56 a 0,51 %. O Bloque recibiu unicamente o apoio da concelleira do PSOE, mentres que o PP votou en contra e UxO abstívose. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, lembrou que neste exercicio o imposto xa foi conxelado, tamén a raíz dunha moción dos nacionalistas, ao pasar o tipo do 0,60 ao 0,56. Sen embargo, advertiu de que neste momento prefire avanzar nesa liña porque a perda de ingresos arriscaría “proxectos e investimentos ao non poder cofinanciar subvencións concedidas por outros entes ao acadar unha rebaixa a tan longo prazo”.

Sen embargo, o rexedor non descartou reducir o tipo do IBI máis adiante. Pero pediu deixar o debate cando menos ata que o seu goberno poida pechar un exercicio económico completo, xa que “só levamos nove meses á fronte do Concello”, tal como declarou.

A sesión plenaria de Ordes tamén aprobou a petición, dirixida ao Ministerio de Hacienda, de que as explotacións agrarias e gandeiras estean exentas da taxa que se lles está aplicando no proceso de regularización catastral do período 2013-2016, devolvendo as cantidades xa ingresadas. O acordo, aprobado por unanimidade, reclama tamén a bonificación do 95 % da cota íntegra do IBI nas construcións indispensables para a actividade agraria, gandeira e forestal. O texto, segundo informou o goberno municipal, é o mesmo que se aporobou no Parlamento de Galicia, que tamén destaca por reivindicar unha moratoria no proceso de regularización catastral, co propósito de valorar detidamente as peculiaridades do territorio galego e aumentar as exencións nos tributos, en colaboración cos Concellos.

ORDES

ORDES O prazo medio de pago de facturas a finais de ano situouse en dez días

O BNG considera que o concurso eléctrico limita as empresas locais

As contas municipais de 2015 pecharon cun superávit de máis de 336.000 euros

O BNG de Ordes critica os criterios que estableceu o Concello para sacar a concurso o servizo de mantemento das instalacións eléctricas municipais. Se ben aprezan que o goberno abandonase o procedemento negociado e convocase un aberto, cren que o deseño “pecha a posibilidade de que pequenas empresas e autónomos poidan ofertar”, di Pablo Vidal, portavoz do BNG. Por exemplo, citan que se pide dispoñer de maquinaria “específica e pouco usual”, como un guindastre con cesta. De aí que consideren que deberían terse convocado dous concursos independentes, un para instalacións e outro para alumeado. E botan en falta criterios que primen empresas locais, como a rapidez de resposta.

A proposta do BNG foi rexeitada polo PP, coa abstención de UxO e o apoio do PSOE

A liquidación financeira do exercicio 2015 do Concello de Ordes ofreceu un resultado positivo de 336.351 euros, segundo a información divulgada polo goberno municipal. A anualidade, xestionada en parte polo anterior goberno de UxO e en parte polo PP, ten resultados en positivo tanto no que respecta aos orzamentos como no remanente de tesourería. O dato de superávit encaixa co cumprimento dos obxectivos de estabilidade marcados polo Ministerio de Hacienda para o plan de pago a provedores ao que se acolleu o executivo local no mandato anterior, en concreto en 2012. O Concello debullou datos como que o resultado orzamentario

Crónicas

O Bloque defendeu as bondades da súa proposta sinalando que suporía un aforro de máis dun millón de euros para o conxunto da veciñanza durante este mandato 2015-2019, en comparación coa recadación que se obtería co tipo impositivo vixente en 2015.

marca un importe de 288.382 euros. Deste xeito, en dereitos recoñecidos netos consta unha cantidade próxima a 9.090.000 euros. Desta contía, 8.771.350 euros corresponden a operacións non financeiras e 318.374 euros a pasivos financeiros. E no referido ás obrigas recoñecidas netas, o importe total suma 9.404.000 euros. No desglose, cabe destacar que 8.519.351 son operacións non financeiras e os 884.151 euros restantes son pasivos financeiros. En canto á tesourería, o remanente ascende a 960.556 euros. En fondos líquidos a Concello pechou 2015 con 1.037.000 euros, mentres que tiña 657.620 euros en dereitos pendentes de cobros e 598.300 eu-

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

ros de obrigas pendentes de pago. Outra conclusión que o goberno extrae é que en 2015 obtivéronse case 729.000 euros de aforro neto, equivalentes ao 10,28 % sobre os dereitos liquidados por operacións correntes. En gasto, a diferenza entre o límite que se podía acadar e o gasto computable é de case 62.000 euros, dentro dos obxectivos. . Resulta tamén relevante a magnitude da débeda viva, que representa o 60,87 % dos recursos dos que dispón o Concello. O máximo legal é do 110 %. E en canto ao período de pago da débeda comercial, o que tarda o Concello en pagar facturas, o informe de intervención di que a finais de ano era duns dez días.

Se quere recibir Crónicas de balde no seu correo electrónico, pídao en cronicas.comarcadeordes@gmail.com


Cr贸nicas - Abril 2016

3


crónicas - Abril 2016

4

ActuAlidAde A vida política de Oroso convulsiónase por un suposto delito de prevaricación polo que o xulgado de Ordes chamou a declarar ao alcalde, Manuel Mirás, e aos integrantes da Xunta de Goberno Local á altura do 17 de xuño de 2014: Antonio Leira, Eduardo Veiras, Luis Rey e Jaime Carneiro. A non ser este último, os demais seguen sendo concelleiros en Oroso, no grupo do PSdeG-PSOE. Leira é ademais deputado provincial desde hai uns meses, encargándose das áreas de Economía, Facenda, Contas, Persoal e Réxime Interior. A denuncia que deu pé á intervención xudicial referíase a unha reparación das ventás no colexio de Sigüeiro, por importe duns 5.000 euros, que se lle tería contratado a unha empresa pero pagado a outra. Segundo a denuncia, a firma que recibiu o diñeiro foi creada pola esposa do administrador da que foi contratada, que pola súa situación financeira non estaría en condicións de recibir directamente o pago, a raíz dun embargo ordenado pola Axencia Tributaria. O rexedor, que o mércores 6 de abril acudiu a declarar ao xulgado de Ordes xunto cos outros catro edís, defendeu en todo momento que “todo se fixo correctamente” e explica que se trata dun “malentendido”, un “erro humano” por parte de persoal municipal. Segundo Manuel Mirás, isto causou que na proposta inicial de gasto figurase o nome dunha empresa e que no decreto de pago se recollese o da outra. O erro deberíase a que teñen unha denominación semellante. A denuncia, por certo, foi interposta por un particular, Manuel García Lameiro, que nas eleccións municipais de 2011 formou parte da candidatura do PP de Oroso como su-

OROSO O alcalde e catro concelleiros foron chamados a declarar ao xulgado

Mirás nega que houbese prevaricación e anuncia querelas contra quen denunciou orosán confía en que o caso xudicial non teña moito percorrido nin maiores consecuencias.

O alcalde de Oroso, atendendo os medios tras declarar nos xulgados de Ordes

plente. Por iso, o rexedor apreza un interese do PP de “gañar as eleccións no xulgado”. Mirás considera que o principal grupo da oposición actúa “de mala fe porque non preguntaron, e aquí non hai nada que esconder”, en declaracións á axencia de información Europa Press, nas que tamén precisou que cando asinou o decreto, como tantos outros que asina, non imaxinou que podía conter tal “erro material”. O goberno local remarcou tamén que o pago da factura non tivo ningún reparo por parte da intervención municipal. E fixo fincapé ademais en que a obra si foi acometida e serviu para evitar que seguise entrando auga nas instalacións do colexio, des-

pois de que a Xunta non solventara tal problema. ANUNCIO DE QUERELAS O denunciante tamén advertía de que as dúas empresas estarían asesoradas pola xestoría da que é socio o alcalde. Este extremo foi negado “totalmente” por Manuel Mirás, anunciando ademais que se querelará contra Manuel García tanto pola vía civil como pola penal, no nome da súa empresa e no seu propio. Despois de declarar, Mirás reiterou o seu “respecto pola Xustiza” e amosouse tranquilo por poder “aclarar” as “mentiras” que o denunciante lanzou contra el. O alcalde

• • • •

PP: QUERE “DESVIAR A ATENCIÓN” DO CASO Ao respecto das acusacións que o goberno lanzou contra o PP, esta formación replica que “o importante é saber se se cometeu un delito de prevaricación no Concello e non quen interpuxo a denuncia”. O portavoz municipal deste partido, Alexánder Doval, considera que as críticas do goberno ao denunciante, facendo fincapé no seu vínculo co PP, son un intento de “desviar a atención do caso”. Doval precisa ademais que o denunciante non formou parte da candidatura que el liderou nos comicios locais de maio de 2015. Poñendo como premisa “o máximo respecto á presunción da inocencia” e ao labor da administración xudicial, o PP afirma que estarán “vixiantes ante a posibilidade da existencia dalgún delito que afecte ao correcto funcionamento do Concello”. E mentres o alcalde cuestionaba que os edís do PP non tivesen preguntado polo suposto erro no pago antes de que o tema chegase á xustiza, o principal grupo da oposición reprochou que no pleno duns días antes a que trascendese publicamente a imputación o executivo non lles ofrecera “ningún tipo de información” sobre o asunto.

Talleres de memoria Estimulación cognitiva Gimnasia adaptada Fisioterapia y rehabilitación

CUIDADOS DE DÍA PARA PERSONAS MAYORES www.vitais.es Rúa Víctor González Faya, 20. 0RDES. Tel. 881 819 830


crónicas - Abril 2016

5

PuBlicidAde

GRUPO

EXCAVACIÓN E MOVEMENTO DE TERREOS

DESBROCE DE PISTAS

RECOLLIDA DE RESIDUOS URBANOS

XESTIÓN DE PUNTOS LIMPOS

XESTIÓN E TRANSPORTE DE RESIDUOS PERIGOSOS

ALUGUER DE CONTENEDORES DE RESIDUOS INDUSTRIAIS

LAVADO DE CONTENEDORES E RÚAS

LIMPEZA VIARIA E DE EDIFICIOS

SERVIZO DE GUINDASTRE

Portobrea nº 3. Queixas - 15186 CERCEDA Ofi cina: 981 693 072 / 639 200 204 - correo@grupocercedasol.es Taller: 981 693 026 / 608 982 888 - www.grupocercedasol.es

ACREDITADO POR ENAC ACREDITADO POR ENAC


crónicas - Abril 2016

6

ActuAlidAde ORDES A Deputación achegará 150.000 euros para modernizar e ampliar o pavillón

Asinado o acordo para investir 258.000 euros no polideportivo do campomaior O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e o deputado provincial da área de Cooperación cos Concellos, Xosé Regueira Varela, asinaron o convenio de colaboración para investir 258.540 euros no acondicionamento do polideportivo do Campomaior. Segundo o acordo, a Deputación achegará 150.000 euros para as obras. A previsión é que as obras comecen no verán, aproveitando as vacacións no colexio e que é unha época na que se programan menos actividades para que dese xeito haxa menos persoas afectadas. Unha das intervencións será substituír a chapa actual da fachada por outra de minionda. Destaca especialmente a dotación dun novo ximnasio, nun volume de menor altura e rematado por fóra en gres porcelánico. O proxecto presentado polo Concello e aprobado pola Deputación inclúe labores de cimentación, saneamento, melloras na estrutura e nas cubertas, illamentos e impermeabilizacións, revestimentos interiores e

O deputado provincial Xosé Regueira (esq.) e o alcalde José Luis Martínez

alicatados, pavimentos e teitos, carpintería, vidreiras, carpintería interior, instalacións eléctricas, pintura ou instalacións de fontanería e calefacción. O goberno municipal asegura que, unha vez rematadas as obras, o

pavillón disporá dunhas instalacións “con maior capacidade e aptas para ofrecer máis servizos de calidade”. Ademais, considera que permitirán “desconxestionar algúns dos espazos onde habitualmente se desenvolve o programa deportivo municipal”.

Abrimos o 10 de xuño

www.aquaparkcerceda.es

A Brea, preto do Mesón do Vento, recibe 202.000 euros para a senda peonil Outro investimento destacado da Deputación da Coruña en Ordes, xa aprobado, é a habilitación dunha senda peonil na Brea, preto do Mesón do Vento, nunha das marxes da estrada DP2405, que vai desde esta localidade ata Cerceda. O investimento previsto é de case 202.000 euros. A intervención beneficiará un treito duns 1.700 metros de lonxitude, en concreto desde o punto 5,820 ata o 7,510 (Ordes). Segundo a Deputación, a senda ocupará un ancho variable, de ata dous metros, segundo o dominio público existente en cada punto. Ata agora as beiravías na zona son escasas ou inexistentes. A senda vai ser pavimentada con bituminosa en quente e slurry. Non obstante, desde o Concello amosáronlle á Deputación o “máximo interese por construír beirarrúas nos tramos nos que se fan indispensables”.

Sabes que podes mercar as túas entradas desde Internet?


Cr贸nicas - Abril 2016

7

PUBLICIDADE


8

Crónicas - Abril 2016

Actualidade OROSO A reanudación das obras está á espera de que Fomento autorice un cambio

Un conflicto entre a administración e as empresas detivo o novo enlace da AP-9 O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, detallou no recente pleno municipal o suposto conflicto entre administracións e empresas que ocasionou a paralización das obras do enlace da AP-9 en Sigüeiro. Segundo o rexedor, o Ministerio de “Fomento, Demarcación de Carreteras en Galicia, Audasa e as empresas construtoras enzarzáronse por unha reforma do proxecto”. A clave estaría en que os técnicos de Fomento discreparon sobre o punto de inicio que se lle deu ao carril de deceleración para a saída de vehículos desde Santiago, argumentando que non era o lugar debido. De acordo co exposto polo alcalde, o proxecto modificado xa foi remitido de Demarcación de Carreteras a Madrid, de maneira que restaría o visto bo de Fomento para retomar os traballos, parados desde o pasado outono. Non obstante, o alcalde evitou dar data algunha sobre a reanudación da obra e moito menos do seu remate porque “foron moitas as da-

As obras detivéronse o pasado outono e condicionan a circulación pola N-550

tas que nos deron, incluso compromisos públicos da propia ministra de Fomento, que non se cumpriron”. Mirás insistiu en que “o PP está facendo boicot con esta obra porque ben o poderían ter sacado adiante pero empeñáronse en dicir que as obras non estaban paradas”, dixo.

O desenvolvemento do proxecto, de bastante complexidade por canto afecta a viais como a N-550, as vivendas situadas á súa marxe e as dotacións de servizos, leva meses protagonizando leas dialécticas entre o goberno local de Oroso e o principal grupo da oposición.

O PP critica a falta de contido do pleno e a actitude “sectaria” dun alcalde “caduco” O PP de Oroso considera que o pleno de marzo estivo “baleiro de contido”, sen máis puntos que a aprobación de actas anteriores, o debate de mocións e os rogos e preguntas. O portavoz desta formación e líder da oposición, Alexánder Doval, afirmou que Oroso “ten suficientes problemas que abordar e levar a pleno, e se esto non ocorre a única explicación é a desidia dun alcalde caduco e sen ideas”, afirmou. Para Doval, Mirás compórtase de maneira “sectaria” por “votar en contra de todo o que presenta o PP, con independencia de que sexa bo ou non para os veciños”. Referiuse en concreto a unha moción para a regulación do IBI e outra sobre a limpeza do perímetro das vías do tren. Ao respecto desta proposta, o alcalde indicou que o goberno xa lle solicitou ao ADIF que interveña, por ser da súa competencia, ou que autorice ao Concello a facelo.


crónicas - Abril 2016

9

ActuAlidAde

ORDES Detido e encarcerado un home que portaba 23 bolsiñas de heroína

desartellado “o máis importante” punto de venda de droga da comarca

Material intervido tras a detención do vendedor de heroína, un home de 44 anos

lanza de precisión, comprimidos de metadona e outros indicios que fan pensar que o detido se dedicaría á venda de heroína. ROUBOS E RECAÍDAS Resulta moi significativo que a operación, que se iniciara o pasado mes de xaneiro, tivo como punto

de partida unha “repentina” vaga de roubos na comarca ordense, tal como a califica a Garda Civil. Nas pesquisas sobre as diversas subtraccións, observouse que antigos consumidores de heroína que se rehabilitaran volveron caer na adicción. Os seguintes pasos foron dar cos responsables da venda e desartellar a súa infraestrutura.

A operación Zatanna é a terceira de relevancia que se acomete en menos dun ano nos municipios da comarca contra a venda de drogas. As outras dúas desenvolvéronse en Ordes, coa detención dun home tras deixar os fillos no colexio, e en Cerceda, cun veciño localizado tras unha advertencia veciñal por unha disputa familiar. Así, desde xuño do ano pasado, estas intervencións acumulan seis persoas detidas, das que tres entraron en prisión a causa dos feitos investigados. Ademais dos diversos tipos de droga, nas operacións tamén se interviron armas de aire comprimido, diñeiro en metálico e vehículos. Cabe reseñar tamén a interceptación de 390 quilos de cocaína que chegaran nun camión, camuflados entre carbón, a unha nave do polígono industrial de Ordes. Sucedera en novembro de 2014 e tiña vínculos cun clan arousano.

Asesoramento Técnico Solucións Empresariais á medida Servizo de Asistencia Técnica Mantementos Integrais (Hard/Soft) Solucións de Seguridade Reparación de Smartphones e Tablets Rúa da Canteira, 16 - 15680 ORDES (A Coruña) Telf: 981 697 855 / Móvil: 609 377 922 Fax: 981 97 35 62 / atx@atx-informatica.com

www.atx-informatica.com

Redes e Conectividade Venda de Ordenadores e Periféricos Software de Xestión Comercial

solucións informáticas

solucións informáticas

Era, segundo relata a Garda Civil, o punto de venda de drogas máis importante da zona. E está desartellado tras a detención dun home duns 44 anos de idade, que nese momento portaba 23 pequenas bolsas de heroína, suficientes para situar unhas 80 doses no mercado. A operación, denominada Zatanna, foi levada a cabo por axentes da Garda Civil e Ordes e da súa instrución encárgase o xulgado da vila. O detido foi posto a disposición xudicial e posteriormente o xuíz decretou o seu ingreso no cárcere de Teixeiro. Ademais da droga, a Garda Civil interviu un teléfono móbil, a furgoneta que o detido presuntamente utilizaba para transportar a droga e 1.380 euros en metálico. As forzas de seguridade supoñen que os cartos proviñan da venda de droga, posto que o hombre carecía oficialmente de traballo remunerado desde o ano 2008. No rexistro domiciliario posterior á detención, autorizado por orde xudicial, os axentes atoparon unha ba-

Tres operacións e seis detidos, tres deles presos, na bisbarra en menos dun ano


Crónicas - Abril 2016

10

Actualidade ORDES

A adopción na canceira municipal terá unha tarifa de 50 euros A canceira municipal de Ordes cobrará cada adopción cunha tarifa de 50 euros, mentres que os depósitos custarán 120 euros por animal, que se reducen a 60 euros por cada exemplar cando se trate de camadas. Así se establece na ordenanza fiscal aprobada polo pleno, co apoio de todos os grupos, agás a abstención da concelleira do PSOE. O texto fixa tamén as tarifas para varios servizos que se ofrecen nas instalacións da canceira. O de desparasitación sitúase en 10 euros, a colocación de microchips en 30 euros, estadías temporais en 4,15 euros cada día, as vacinas en 17 euros ou cada recollida na vía pública en 30 euros.

ORDES

30 anos da asociación de amas de casa de Ordes A Asociación de Amas de Casa e Consumidores de Ordes celebrará o seu trixésimo aniversario o 8 de maio, cunha comida-baile a partir das 14:30 horas no Restaurante Barreiro, situado en Leira.

ORDES

Descartan cámaras no cemiterio de Poulo fronte aos roubos O goberno de Ordes rexeitou instalar cámaras de vixilancia no cemiterio do Outeiro, na parroquia de Poulo, para previr posibles roubos de lápidas. A petición fora presentada polo PSOE, que asegura que a finais de 2015 volveron producirse desaparición de lousas, algo que xa sucedera en 2007. Susana García, tenente de alcalde, explicou que a titularidade do cemiterio non lle corresponde ao Concello, polo que non pode instalar cámaras. Ademais, precisou que o recente roubo de lápidas é “unha información errónea”. Segundo o executivo, o último caso que lles consta é de 2011 e os propios veciños e propietarios de panteóns encargáronse de repoñer o subtraído. O PSOE indica en cambio que, pese ás medidas preventivas da veciñanza, os roubos seguen sucedendo. Por iso, ve necesario cando menos un reforzo da vixilancia policial na zona co propósito de lograr un efecto disuasorio.

ORDES

MESÍA

Acaba o obradoiro de emprego de atención á dependencia

Na iniciativa participaron os Concellos de Carral, Abegondo, Bergondo e Mesía

O obradoiro de emprego que desenvolveron en conxunto os Concellos de Mesía, Abegondo, Bergondo e Carral rematou coa entrega de diplomas aos vinte alumnos, por parte do director xeral de Orientación e Promoción Laboral da Xunta e dos catro alcaldes.

Nesta iniciativa mixta de formación e emprego a administración autonómica investiu 180.000 euros. Formou persoas desempregadas nas especialidades de atención sociosanitaria a persoas dependentes, tanto no domicilio como en residencias e centros de día.

A familia dunha nena con síndrome de Down denuncia discriminación nunha escola privada Unha familia de Ordes denunciou un presunto caso de discriminación sobre a súa filla, con síndrome de Down, nunha escola de baile privada situada na vila. Segundo a queixa transmitida pola familia a este periódico, a nena foi admitida o primeiro mes de clase despois dunha primeira sesión de proba. Sen embargo, na primeira clase do mes de abril nin lle deixaron entrar ás instalacións nin pagar a cota do novo mes. Esta mesma versión, acreditada con gravacións sonoras, indica que o profesor do centro afirmou que a alumna “atrasaba as clases porque non seguía o ritmo” e necesitaba un “trato especializado”. Os afectados reprochan sobre todo que se efectuasen tales afirmacións diante da alumna, causándolle un dano e unha “frustración” innecesarios. Cren que o máis oportuno tería sido que os responsables da escola advertisen desde o principio que non estaban en condicións de admitir a alumna.

TRAZO Os socialistas recorren a convocatoria por unha suposta vulneración da lei

As aprobacións do Plan Xeral e dos orzamentos, en risco de ser anuladas Non son asuntos menores. A aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) e dos orzamentos do Concello de Trazo para 2016 está en risco de ser anulada pola maneira en que se convocou o pleno municipal do 18 de marzo. Todo dependerá da resposta a un recurso de reposición do PSOE, que considera que os acordos tomados na sesión “son nulos de pleno dereito xa que o pleno non foi convocado cos dous días hábiles de antelación que, como mínimo, deben transcorrer desde a convocatoria ata a celebración da sesión”, afirman. O suposto incumprimento da lei tivo ademais como consecuencia que os concelleiros da oposición, segundo din, non puideron acceder á documentación dos expedientes. Jorge Noya, concelleiro socialista, afirma que xa advertiu da “irregularidade” antes de que comezase o pleno e de que se reservaba o dereito a impugnar os acordos pola “lesión do seu dereito a participar en igualdade de condicións no pleno”. A

A Lei de Bases do Réxime Local fixa dous días de antelación

José Dafonte, alcalde de Trazo

pesar das advertencias, tal como explica o PSOE, o alcalde optou por celebrar a sesión. Para os socialistas, o asunto ten maior gravidade se cabe tendo en conta que o TSXG confirmou hai unhas semanas a sentenza dun xulgado da Coruña que evidenciaba a “actitude obstruccionista” do alcalde, José Dafonte, coa oposición.

O recurso do PSOE fundaméntase en que o artigo 46.2 da Lei de Bases do Réxime Local obriga a convocar os concelleiros cun mínimo de dous días hábiles de antelación á celebración da sesión plenaria. Os socialistas aseguran que se incumpriu o prazo, polo que os acordos tomados terían que anularse, segundo o establecido no artigo 62 da Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Segundo detallan, a notificación da convocatoria foi datada no 16 de marzo ás 10 horas, de maneira o que o pleno tería que terse celebrado como moi pronto o sábado 19 ou o luns 21.


cr贸nicas - Abril 2016

11

PuBlicidAde


Crónicas - Abril 2016

12

Actualidade OROSO

ORDES O Concello poderá utilizar o inmoble e o terreo contiguo ata o ano 2046

O colexio novo de Sigüeiro pasa a chamarse CEIP do Camiño Inglés

A Igrexa cede a antiga rectoral de Poulo para crear un albergue de peregrinos

Xa é oficial. O colexio novo de Sigüeiro, que nun principio foi denominado como ‘Colexio de Educación Infantil e Primaria de Oroso’, pasou a denominarse ‘Colexio de Educación Infantil e Primaria do Camiño Inglés’. O cambio foi autorizado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e resulta conforme ao regulamento orgánico das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, tal como se expresa no documento publicado no Diario Oficial de Galicia do 23 de marzo. Deste xeito, o centro educativo toma o nome do itinerario peregrino que transcorre polas súas inmediacións. O cambio de denominación foi ben recibido pola comunidade escolar, en boa medida pola súa orixinalidade que lle permite evitar confusións co antigo colexio da capital municipal de Oroso, que continúa recibindo o nome de CEIP de Sigüeiro.

O Arcebispado de Santiago cédelle ao Concello o uso gratuíto da casa reitoral de Poulo por tres décadas. Así figura nun convenio de colaboración xa asinado entre as dúas entidades con vistas á creación dun albergue de peregrinos, ao situarse o inmoble ao pé do Camiño Inglés. De acordo co convenio, a edificación, de 182 metros cadrados e cun terreo contiguo de máis de media hectárea, terá que ser rehabilitada e adecuada para o novo uso antes de cinco anos. De todos os xeitos, o goberno ordense asegura ter a intención de finalizar a obra antes. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, asegurou que o acordo coa Igrexa “é unha moi boa nova para Ordes”. Cre que será un paso relevante para potenciar o Camiño Inglés “tanto polo seu interese cultural e histórico como por ser unha importante fonte de recursos e de crecemento económico para Ordes e outros concellos da comarca”. O rexedor cre tamén que o albergue contribuirá a que Ordes “acade

COMARCA

Axudas provinciais de 10.000 euros para a Escola de Música de Ordes e a Aula de Oroso A Escola de Música de Ordes e a Aula de Música de Oroso recibiron cadansúa subvención de case 10.000 euros por parte da Deputación da Coruña. A concesión forma parte dun programa do que se beneficia unha trintena de conservatorios e escolas de música e danza de municipios de toda a provincia. En conxunto, a entidade provincial outorgou uns 361.000 euros. A maior parte das axudas son precisamente de 10.000 euros, se ben en varios casos acadan os 20.000 euros, por tratarse de entidades de maior envergadura e de carácter profesional. A intención das axudas é contribuír ao fomento das ensinanzas musicais e de danza a través dos centros de carácter municipal, en especial, de nenos e nenas. “Búscase contribuír á promoción do ensino musical nos concellos, verdadeiros motores da formación de carácter público”, afirma a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, responsábel da área de Cultura da Coruña.

A rehabilitación do inmoble, con media hectárea de terreo, ten cinco anos de prazo

o protagonismo que se merece dentro do trazado do Camiño Inglés. O Concello non concretou aínda prazos nin formas de financiamento do proxecto de rehabilitación. O albergue de Poulo sería o único de titularidade pública no Camiño Inglés desde o de Hospital de Bruma (Mesía) ata Santiago. Oroso leva

COMARCA

COMARCA

Diego Calvo reúnese con responsables locais do PP

Encontro do presidente provincial do PP con responsables locais da zona

O presidente do PP coruñés, Diego Calvo, reuniuse en Ordes con alcaldes e portavoces municipais de diversos municipios da contorna. O partido enmarca o encontro “na nova política de participación que o novo presidente quere impulsar no partido”. Calvo

anos reivindicando unha instalación similar en Sigüeiro. O PSOE de Ordes pediu que o Xacobeo financie a obra. Lembran que na etapa de Xesús Pedreira como concelleiro de Medio Ambiente se presentou un proxecto para acondicionar o inmoble, valorado nuns 400.000 euros.

comprometeuse a que este tipo de reunións estean abertas a todos os afiliados, que todos poidan escoitar os plans da formación e que poidan trasladar queixas e propostas. Tamén incidiu na necesidade de mellorar a formación dos militantes, alcaldes e voceiros.

Todos os Concellos da comarca obteñen apoio para contratar persoal técnico deportivo Os sete Concellos da comarca ordense (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo) recibiron apoio económico da Deputación da Coruña para a contratación de persoal técnico deportivo. No conxunto da provincia, estas axudas chegan a 76 municipios, cun montante total de 671.000 euros. As contías por Concello varían entre os 6.250 euros dos que menos reciben ata os 9.000 euros dos máis beneficiados. O deputado responsable da área de Deportes da institución provincial, e alcalde de Cerceda, José García Liñares, asegura que este programa de axudas ten efectos positivos na xeración de emprego na provincia, ao crear ou manter un total de 76 postos de traballo durante o ano, e por suposto tamén para “o fomento do deporte e a actividade física entre a poboación, especialmente nenos e maiores, que contarán nos seus concellos con persoal técnico especializado na promoción de actividades deportivas”.


Crónicas - Abril 2016

13

Actualidade ORDES Durante 2015, máis da metade presentaban necesidades extremas

A Cruz Vermella atende 200 persoas en situación de vulnerabilidade en Ordes Cifras para reflexionar e para actuar. A Cruz Vermella atendeu durante 2015 a 200 personas en situación de vulnerabilidade en Ordes. A maior parte delas, en concreto 136, son casos extremos. As demais son mulleres en dificultade social, inmigrantes ou maiores. Os casos de máxima necesidade precisaron apoio a través do programa de reparto de alimentos. En total, o ano pasado repartiu 4.700 quilos de comida en Ordes, ademais de 72 vales de compra de Eroski e as doazóns da veciñanza. Tamén se entregaron axudas educativas, sanitarias e de artigos de primeira necesidade, por exemplo camas ou berces. Os datos forman parte da memoria de 2015 da Cruz Vermella de Ordes, presentada por Manuel Viqueira, presidente local da entidade, a directora do consello local de Cruz Vermella Xuventude, María Silveira, a concelleira de Educación, Benestar Social e Traballo, Susana García, e a presidenta da Cruz Vermella na provincia, Mercedes Casanova.

As campañas con voluntarios son unha constante na programación da Cruz Vermella

Ademais destas intervencións de calado, a Cruz Vermella desenvolve en Ordes proxectos de promoción do éxito escolar, nos que participaron vinte menores en 2015. Co apoio do voluntariado, reciben merendas saudables, apoio para tarefas escolares, hábitos de aprendizaxe, material escolar e involucración familiar na escola de pais e nais.

Tamén resulta relevante o apoio á integración de inmigrantes, mediante clases de castelán a trinta persoas que lles facilitan obter emprego e participar na vida social. E no ámbito da terceira idade, unha trintena de persoas dispoñen en Ordes do servizo de teleasistencia da Cruz Vermella, outra das accións destacadas da organización.

Medio centenar de voluntarios e camiño dos 200 socios no municipio Os responsables da Cruz Vermella destacaron que toda a actividade que desenvolve en Ordes é posible grazas ao labor do voluntariado e ao apoio dos socios e da veciñanza. Os voluntarios e voluntarias son xa 48, mentres que en 2015 se computaron uns trinta socios máis, ata chegar a 182 persoas e seis empresas na asemblea local. Os ingresos medraron así un 20 % con respecto a 2014. Outras vías de ingreso, ademais dos socios, son os recursos por prestación de servizos e teleasistencia e a venda para o sorteo do ouro, na que colaborou o comercio local de Acordes. Dentro da súa vontade de transparencia ante o conxunto da sociedade, Cruz Vermella explicou tamén que en total ingresou 23.418 euros en 2015 e gastou 23.700. Tal como afirman, os resultados melloraron con respecto ao exercicio anterior.

A ferramenta da empresa pública axúdalles aos cidadáns a separar correctamente os residuos e a identificar os contedores de destino

A App de Sogama, un significativo apoio á reciclaxe A App de Sogama sobre recollida selectiva constitúe unha significativa ferramenta de apoio para mellorar os índices de reciclaxe na nosa comunidade, toda vez que axuda aos cidadáns a separar correctamente os residuos en orixe e a identificar os contedores de destino nos que deben ser depositados, posibilitando a súa transformación en novos produtos. Accesible a través de teléfonos móbiles con sistema operativo Android e IOS (iPhone), permite aos usuarios realizar as súas consultas en tempo real e obter resposta inmediata para resolver as súas dúbidas. A aplicación inclúe, en primeira instancia, unha ampla lista de residuos xerados na nosa actividade diaria, así como os recipientes nos que deben ser depositados, explicando igualmente o tratamento ao que son sometidos os distintos tipos de refugallos, e que varía en función das súas características. RECOLLIDA DIFERENCIADA E DESTINO Ademais dos contedores habilitados nas vías públicas (amarelo, para os envases de plástico, latas e briks; azul, para os de cartón e papel; iglú verde,

para os envases de vidro; e verde convencional, para a fracción resto, que Sogama transforma en enerxía eléctrica), tamén se alude á operativa dos denominados puntos limpos, recintos pechados ubicados nos municipios aos que os veciños deben trasladar os residuos cualificados como especiais debido ao seu tamaño, toxicidade ou nivel de perigo. É o caso dos voluminosos, aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), aerosois, pinturas, vernices, etc, que pasan a mans de xestores autorizados a fin de recibir o oportuno tratamento. Resérvase igualmente un espazo para a compostaxe doméstica, excelente alternativa para dar un correcto tratamento á materia orgánica xerada nas vivendas unifamiliares que dispoñan de terreo no que aplicar o abono resultante: xardín, horta e/ou terras de cultivo. Dado que o lixo está conformado por restos orgánicos nun 40%, reciclándoos en orixe redúcese a súa presenza nos contedores verdes xenéricos, circunstancia que permite aos Concellos minorar a recollida e transporte, diminuíndo as emisións de CO2 e o importe da factura a pagar a Sogama. E os veciños obteñen un abono natural de alta calidade que, polo xeral, cumpre con to-

dos os requisitos normativos, podendo ser aplicado á agricultura con absolutas garantías e sen restricións. EXEMPLOS PRÁCTICOS E ESPAZO LÚDICO Para fomentar o interese dos usuarios, a aplicación tamén explica as vantaxes que ten a clasificación das distintas fraccións que conforman o lixo. Así, recolle, a modo de exemplo, que unha bolsa plástica pode tardar ata 1.000 anos en biodegradarse; que os cueiros de usar e tirar tardan 500 anos en descompoñerse; que por cada 100 quilos de materia orgánica pódense obter 30 quilos de compost; que coa reciclaxe dunha tonelada de papel evitamos a talla de 24 árbores adultas, o consumo de 24 metros cúbicos de auga e 4.100 KW de electricidade; que a reciclaxe de 4 botellas de vidro aforra a enerxía equivalente a manter un frigorífico funcionando durante un día enteiro; e que unha soa pila botón de mercurio pode contaminar ata 600.000 litros de auga, o que equivale á cantidade que consomen 30 persoas durante a súa vida. A App dispón igualmente dun xogo a través do cal os internautas poñen a proba, dunha forma amena, lúdica e di-

vertida, todo o aprendido. O único que teñen que facer é identificar o colector de destino dos distintos residuos que van aparecendo en pantalla e trazar a ruta para seguir por estes. A máis acertos, máis puntos.


Crónicas - Abril 2016

14

Actualidade CERCEDA

ORDES Fomento gasta 1,7 millóns de euros na reparación entre A Coruña e Santiago

A Deputación aproba o investimento de máis de 120.000 euros para reparar varias estradas

Comeza outra rehabilitación da N-550

O pleno da Deputación da Coruña aprobou por unanimidade o investimento de máis de 120.000 euros na reparación de varios viais en Cerceda. En concreto, trátase do camiño que vai desde Portobrea ata a empacadora de Sogama, o que une A Nespereira con San Vicenzo, o que cmunica A Silva co Pedregal, os accesos ao lugar de Recegulfe, a pavimentación na estación de Queis e un camiño en Pao do Lobo. En total, intervirase en máis de 3,5 quilómetros. Segundo a administración provincial, os traballos previstos son a reparación de fochancas, a mellora de tratamento supeficial e aglomerado, limpeza de bordos e pavimentación, segundo as necesidades de cada vial. Tamén se levará a cabo a limpeza de gavias e salvagabias, así como colocación de sinais. Unha vez sexan contratadas, as obras deberán executarse en menos de 6 meses. A Deputación achega 96.479 euros dos 120.599 euros.

FRADES

O prazo para pedir axudas de transporte e material escolar remata o venres 29 de abril Ata este venres 29 de abril está aberto o prazo de solicitude de axudas ao transporte escolar e para a adquisición de material escolar, na convocatoria do Concello de Frades para o curso 2015-2016. As axudas están dirixidas ás familias máis necesitadas do municipio. As de transporte escolar pode solicitalas o alumnado de Bacharelato ou de Formación Profesional de grao medio. As que contribúen á compra de material escolar están reservadas a quen curse estudos de primaria e secundaria. As principais condicións para optar a estas axudas son que o estudante estea empadroado no municipio de Frades, que curse os estudos para os que solicita a axuda e que a súsa familia estea ao día no pago das obrigas tributarias co Concello. As solicitudes deben presentarse no Concello, con copia do DNI do alumno e de todos os integrantes da unidade familiar, resgardo da matrícula no centro educativo, e xustificante de ingresos.

Volven as obras á estrada N-550 entre A Coruña e Santiago, que nos últimos anos recibe parcheos esporádicos para paliar o estado precario, e perigoso, do seu firme. Esta vez, acométese a rehabilitación do vial ao seu paso pola Coruña, Culleredo, Cambre, Carral, Ordes e Santiago. Segundo o Ministerio de Fomento, son dous proxectos valorados en 1.680.852 euros en total. O que vai da Coruña ata Ordes está orzamentado en 842.449 euros e desde Ordes a Santiago gastaranse 838.403 euros. Os traballos consestirán, nos dous tramos, en fresado e reposición do firme nos puntos que presentan unha maior deterioración. Para a rehabilitación superficial do firme en todo o tramo empregaranse microaglomerados en frío. O Ministerio anunciou que despois destas intervencións procederase a repoñer todas as marcas viarias preexistentes na calzada. Cabe esperar que remate así a confusión ocasionada pola superposición de marcas antigas e recentes, que nalgúns tramos fai que os conductores non saiban a que aterse.

O accidente, sen danos persoais graves, sucedeu á altura do lugar de Perra

Envorca un camión na estrada de Mercurín Un camión envorcou a tarde do 12 de abril na estrada que vai desde Ordes a Cerceda a través de Mercurín. O vehículo dedícase ao transporte de lixo para a nova concesionaria destas tarefas. Non se rexistraron danos persoais de consideración. O accidente, acaecido á altura do lugar de Perra, puxo en evidencia o que era un segredo a voces entre a veciñanza: que as empresas están ignorando a prohibición de tráfico pesado (superior a 5,5 toneladas) na estrada, de titularidade municipal. Esta limitación foi imposta polo Concello ao comprobar os graves danos ocasionados polos camións de gran tonelaxe no firme.

ORDES

ORDES

Obras para dotar dunha saída segura á Rúa da Reverencia

A beirarrúa terá 1,80 metros de ancho e evitará que peóns e coches coincidan

Obras na entrada da Rúa da Reverencia. O Concello está investindo 21.300 euros para construír un tramo de 40 metros de beirarrúa, con 1,80 metros de anchura, bordo de granito e lousa de formigón vibrado. Tal como recoñece o goberno

municipal, era unha obra moi demandada pola veciñanza para evitar que os peóns tivesen que compartir este traxecto cos vehículos que se dirixen á Rúa do Recreo. O proxecto contempla tamén repoñer o pavimento afectado pola execución das obras.

A corporación cumpre co trámite para constituír o ente da Vía Verde a Compostela O consorcio local para xestionar, promover e manter a Vía Verde entre Cerceda e Santiago de Compostela conta xa tamén co apoio da corporación ordense. Por unanimidade de todos os grupos, aprobou sumarse á constitución do ente, un trámite máis para intentar que o proxecto sexa realidade algún día. No consorcio toman parte tamén os Concellos de Cerceda, Tordoia, Oroso e Santiago de Compostela, polos que discorren os arredor de 37 quilómetros de trazado da antiga liña ferroviaria, xa desmontada hai anos coa entrada en funcionamento do Eixo Atlántico e botada a perder para manter un servizo de cercanías. O proxecto de Vía Verde, unha figura homologada de considerable tradición noutras partes de España, consiste en acondicionar o itinerario para que sexa transitable por parte de peóns e bicicletas e ter así usos lúdicos, turísticos e deportivos. Fáltalle aínda coa autorización e financiación de Fomento, co que os Concellos están efectuando xestións.


Crónicas - Abril 2016

15

PUBLICIDADE ENTREVISTA Mara Fachado y Silvia López, responsables del nuevo servicio de consultoría jurídica en Ordes

Una simple consulta a coste 0 puede evitarnos conflictos antes de que surjan - ¿Por qué “Fachado & López” llega a Ordes? - “Fachado & López” se establece en Ordes con la finalidad de dar un servicio global tanto a particulares como a empresas, atendiendo sus necesidades y aportando soluciones rápidas y eficientes, ofreciendo servicios en toda Galicia puesto que hoy en día los limites geográficos ya no son un impedimento. - ¿Cuáles son sus especialidades en el ámbito del Derecho? - Somos un despacho multidisciplinar especializado en derecho civil (divorcios, reclamaciones de cantidades, sucesiones, división de herencias, accidentes de tráfico, propiedad horizontal...), derecho penal (especializadas en violencia de género y lesiones), derecho laboral y derecho administrativo. También tenemos un amplio dominio del ámbito fiscal y financiero. En este sentido, concretamente referido al derecho bancario, hemos conseguido beneficiosos acuerdos entre nuestros clientes y diferentes entidades financieras, estando actualmente en plena lucha con las llamadas “cláusulas suelo”, tan de actualidad en los últimos días. Además, “Fachado & López” apuesta fuertemente por el derecho de las nuevas tecnologías. - Eso les exige una amplia formación... - Sí, las socias fundadoras de “Fachado & López” están en continua formación. Por ello, tal como el mercado demanda, ofrecen también servicios de mediación en aras de llegar a acuerdos extrajudiciales entre partes, asesoramiento en derecho de extranjería y en atención a la mujer. - ¿Con qué nivel de experiencia cuentan? - Con más de 20 años de experien-

Mara Fachado

Silvia López

cia en el mundo jurídico en diferentes localidades de Galicia y en el mundo de la administración pública. - ¿Qué servicios específicos ofrecen a las empresas? - Los de la consultoría jurídica en general, así como los relativos a las relaciones de las empresas con las administraciones, y también todo lo vinculado al estudio y planificación de diferentes planes que actualmente deben de implantarse en toda empresa. - Y también lo que cualquier compañía necesite para implantarse en el comercio electrónico, ¿no? - Efectivamente, “Fachado & López” apuesta fuerte por los nuevos modelos de negocio y por ello ofrecemos asesoramiento en la puesta en marcha de e-commerce (comercio electrónico), siendo de especial relevancia el cumplimiento de protección de datos. En ese mismo sentido y en cum-

plimiento del nuevo código penal y en concreto en lo relativo a responsabilidad penal de la persona jurídica, “Fachado & López” ofrece los servicios de compliance officer (responsable de cumplimiento) para que todas aquellas empresas que así lo consideren implanten planes de prevención de los delitos, planes para detectar posibles conductas delictivas y planes para reaccionar frente a esas conductas. En este sentido “Fachado & López” apuesta por la implantación de una figura que si bien en otros países es imprescindible aquí aún no nos resulta del todo familiar. - Así que un buen consejo sería que las personas interesadas se acerquen a conocer el despacho... - Sí, lo es, teniendo en cuenta además que “Fachado & López” realiza la primera consulta de manera gratuita, sin exigir ninguna contra-prestación por esa primera toma de contacto.

- ¿Que diferencia a ‘Fachado & López’ de otros despachos jurídicos? - Basándonos en lo que nuestros propios clientes nos trasmiten, el trato directo que dispensamos, explicando los hechos de manera clara. Escuchar atentamente lo que nos demanda el cliente y exponer de forma clara y directa la estrategia y soluciones a aplicar. Y sobre todo el ser honestas con nosotras mismas y que se refleje en nuestro proceder diario. Ser capaz de ponerse en el lugar de quien esta enfrente de ti en todo momento en sin duda alguna parte fundamental del éxito profesional de las socias de ‘Fachado & López’. - ¿Qué esperan a corto y a largo plazo? - Convertirnos en un referente para todos aquellos que precisen de nuestros servicios aportando un concepto integral del derecho, tanto a particulares como empresas, somos muy conscientes de los cambios que se están produciendo en el mundo jurídico por eso apostamos fuertemente por la consecución de acuerdos extrajudiciales y de los servicios de mediación, eso sí, siempre en aras de conseguir lo mejor para nuestros clientes. - ¿Qué creen que debería cambiar en la imagen que se tiene de un profesional del derecho? - Cuando decides dedicarte a esta profesión lo primero que escuchas de la gente es un “espero no necesitar de tus servicios”, por este motivo desde ‘Fachado & López’ teníamos claro que las consultas serían gratuitas, puesto que simplemente asesorándose antes se evitarían pleitos posteriores. En este sentido afirmamos que una simple consulta a coste cero puede evitarnos conflictos antes de que surjan.


16

PUBLICIDADE

Cr贸nicas - Abril 2016


Crónicas - Abril 2016

17

PUBLICIDADE Dicía o gran Carlos Gardel que vinte anos non é nada. Un cantar moi romántico que ben lle poderiamos aplicar á nosa Troita, que xa leva dúas décadas entre nós, medrando e mellorando ano tras ano. Vinte anos dando a coñecer este concello dos seis ríos a todos os niveis, non en van estamos falando da primeira Festa de Interese Turístico da comarca de Ordes e, durante moito tempo, a única que gozou desta distinción en toda a contorna. Vinte anos nos que se ten convertido, a base de moito trabalo e esforzo, nun dos grandes referentes gastronómico, cultural, lúdico e festeiros de Galicia. Neste aniversario tan especial, dende o Concello quixemos elaborar un programa que incluíse actividades para todos os gustos e para todas as franxas de idade. Queremos que todos, avós e avoas, pais e nais, fillos e fillas, deixedes a un lado as vosas preocupacións do día a día e o pasedes o mellor posible. Unha Troita cuxo programa xira en torno a seis eixos principais, un por cada río de Oroso. O eixo cultural, coa música como principal estandarte. Así, do 6 ao 8 de maio o “Festival Oroso en Vivo” traerá á alameda de Góis ás mellores orquestras de Galicia, que se unirán ás tradicionais charangas e aos pasacalles protagonizados por grupos locais (Lembranzas do Tambre, Buxos Verdes, Néboas no Cumio, Amigos do Acordeón...), una das actividades máis aplaudidas do ano pasado. Canda elas estarán actividades culturais xa consolidadas como a Feira da Artesanía e os Oficios, o Arte na Rúa de grandes artistas portugueses e españois e as exposicións culturais no Centro Cultural Fernando Casas e Novoa. O eixo gastronómico, coa degustación de milleiros de quilos de troita tanto na alameda de Góis como nos distintos establecementos hostaleiros colaboradores. Porque, como ben sabedes os que me coñecedes, sempre defenderei que troita coma a de Sigüeiro non a hai no mundo enteiro, pola súa preparación e pola tradición ancestral. O eixo económico, moi vencellado ao anterior, xa que os milleiros e milleiros de persoas que nos visitan durante eses tres días de maio supoñen un importante pulo para o noso sector comercial e hostaleiro. O eixo social, con actividades para disfrutar en familia como a mostra de coches antigos, os xogos tradicionais na praza de Isaac Díaz Pardo, as atraccións e barracas na rúa do Camiño Inglés ou o propio xantar da Troita, que dende que decidimos trasladalo do polideportivo municipal a unha carpa a carón da alameda gaña cada ano máis e máis seguidores. O eixo educativo, con obradoiros para os máis pequenos e actuacións do alumnado dos cursos de baile, que cada ano nos sorprenden coas súas inxeniosas e traballadas coreografías. E o eixo deportivo, co tradicional concurso de pesca, fonte orixinal desta festa que soubo reinventarse ata o que é na actualidade: un certame de pesca sen morte do que gozan tanto adultos coma nenos. Por todo isto, en nome da corporación que presido espero poder gozar con todos vós duns días de festa e encontro na XX Festa da Troita de Oroso e que, como dicía o mestre Gardel, para o ano só esteades pensando nunha cousa: Volver!. Manuel Mirás Alcalde de Oroso.


18

Crónicas - Abril 2016

Economía LEITE As provincias da Coruña e Lugo son ás máis produtoras e tamén ‘importadoras’

A entrada de leite foráneo desmonta o mito de que Galicia produce de máis As provincias da Coruña -en especial en comarcas como a nosa- e de Lugo son as que máis leite producen de Galicia e están en cabeza no conxunto de España. Nada ten de noticia. O que quizais non se coñeza tanto é que tamén son as que máis leite e nata importan, ás que máis produción foránea chega. Os datos desmontan o mito da produción excedentaria, que desde hai anos é utilizado como excusa para baixar os prezos. En concreto, á Coruña chegaron case 109.000 toneladas de leite e de nata durante 2015, destinadas a ser procesadas en industrias implantadas en Galicia. E na provincia de Lugo a contía é de máis de 58.000 toneladas, segundo os datos cos que traballa a Plataforma en Defensa do Sector Leiteiro. En total, o leite que vén de fóra -de Portugal e doutras autonomías- suma case tanto como a produción dun mes en toda Galicia. Nun momento en que algunhas industrias deixaron de recollerlles o leite a varias granxas -como o caso de Leite Río con explotacións da comarca de Ordes- ou que utilizan o cese como ameaza para negociar prezos á baixa, ademais de pedir que se produza menos, estes datos non pasaron inadvertidos para os Gandeiros. Por iso, nas últimas semanas centraron as súas protestas no control de leite foráneo na industria galega. A idea era identificar e denunciar as empresas que caen nesas prácticas, que en principio non serían ilegais pero coas que “a patronal leiteira está levando á ruína a milleiros de familias Gandeiras de Galicia”, en palabras de Óscar Pose, representante de Unións Agrarias na Plataforma. Desde o Sindicato Labrego Galego afirman que o chamado acordo lácteo, de setembro do ano pasado,

PREZOS DO LEITE

FEBREIRO / XANEIRO

(euros/litro) 0,285 Galicia 0,333 Andalucía 0,297 Aragón 0,326 Asturias 0,325 Baleares 0,451 Canarias 0,298 Cantabria Castela-A Mancha 0,322 0,310 Castela e León 0,319 Cataluña 0,315 Extremadura 0,315 Madrid 0,293 Murcia 0,307 Navarra 0,343 Euskadi 0,320 A Rioxa 0,323 Valencia

0,288 0,338 0,313 0,326 0,327 0,451 0,300 0,323 0,314 0,318 0,322 0,317 0,299 0,314 0,344 0,325 0,325

0,306

0,308

ESPAÑA

Reunión da Consellería coa Plataforma pola Defensa do Sector, o 12 de xaneiro

“non mellorou a situación das nosas granxas, máis ben empeorounas”, posto que nos novos contratos para a campaña 2016-2017 cada vez máis explotacións vense obrigadas a vender o leite, todo ou parte, por debaixo dos 20 céntimos. “Supostamente para leite en po”, agregan desde a Plataforma de Defensa do Sector Leiteiro. REUNIÓN DA MESA Neste contexto, a Consellería do Medio Rural convocou unha reunión do que antes se coñecía como a Mesa do Leite e que agora rebautizou como xuntanza do Plan de Fortalecemento do Sector Lácteo. Unha das novidades é que nesta ocasión acudiron representantes das industrias. A parte positiva é que se retoma un mínimo de diálogo entre os axentes da cadea de valor do leite, pese a que non trascenderon acordos de relevancia. Tras esa reunión e nunha intervención parlamentaria uns días despois, a conselleira, Ánxeles Vázquez, insistiu na defensa do acordo lácteo de setembro. Recoñeceu que “aínda

se ten que afondar no seu desenvolvemento”, pero considera que a ese acordo débese que se “frease” a caída do prezo do leite: “estabilizouse arredor dos 28 céntimos por litro que se pagaba no mes en que se asinou o acordo”, dixo a titular de Medio Rural. Informes do Ministerio sitúan os custos de produción en 34 céntimos. Os informes cos que se traballou na xuntanza indican que en Galicia hai 5.525 granxas que cobran importes inferiores aos 28 céntimos e as 3.567 restantes superan ese límite. Medio Rural referiuse tamén á controversia polos pagos a prezos de leite en po, que segundo asegura afectan ao 6 % dos produtores, que suman o 1,15 % do que se moxe. A Consellería, que asegura que a recollida do leite está garantida, tamén lanza reiteradamente a mensaxe de que é necesaria unha única Organización de Produtores de Leite (OPL) para “ter máis forza á hora de negociar os prezos coa industria”. Segundo indica, se as dúas existentes conformasen unha soa, esta representaría o

MEDIAS ESPAÑA FEBREIRO 2013 0,337 2014 0,390 2015 0,327 2016 0,306

PRODUCIÓN FEBREIRO 2015

2016

Galicia 196.395 tn 211.578 tn España 508.732 tn 566.574 tn Fonte: FEGA (01-04-2016)

37 % dos Gandeiros galegos e o 34 % do leite. “É unha materia que temos pendente de desenvolver, sobre todo porque o 63 % dos produtores están sen organizar”, manifestou a conselleira no Parlamento. Desde o sector, as organizacións sindicais non se opoñen nin tampouco respaldan de cheo que exista unha única OPL. O SLG explica que non van funcionar mentres non haxa unha lexislación de obrigado cumprimento que axuden a definir prezos, como un índice referenciado, condicións pactadas sobre o leite tipo ou mediación para que non haxa imposicións. Tal como revela, ata agora ningunha das dúas OPL de Galicia puido negociar prezos.

LOS DESCUENTOS QUE TU OPEL SE MERECE Porque siempre cuidamos todo lo que fabricamos, en myOpel te ayudamos a conservar la calidad original de tu vehículo, con atractivos descuentos para vehículos Opel de más de 4 años

REGISTRA TU VEHÍCULO EN myOpel.es Y EMPIEZA A DISFRUTAR DE LOS DESCUENTOS SIEMPRE OPEL.

Edad de tu vehículo

Descuentos en piezas y mano de obra En operaciones de taller mecánico

+4 AÑOS +7 AÑOS

10% 20%

Ver condiciones en opel.es

TALLERES M. GONZÁLEZ, S.L. As Casillas 60 15680 Ordes (A Coruña) 981 680 862 www.tmgonzalez.com


crónicas - Abril 2016

19

ecONOMíA ORDES A feira multisectorial, con 160 expositores, celébrase do 22 ao 24 de abril

ORDES

expo Ordes 2016 trae como novidade un salón dedicado á moda e aos eventos

Unha empresa radicada en Ordes inventa un colchón que avisa de posibles infidelidades

Un salón específico dedicado á moda e aos eventos especiais é a principal novidade que presenta Expo Ordes 2016, a feira multisectorial que se celebra esta fin de semana, entre o 22 e o 24 de abril. O salón terá lugar no polideportivo Campomaior e superará os trinta establecementos comerciais, de ámbitos como roupa, calzado, cócteles, restauración, ambientacións musicais, viaxes, decoración, agasallos, bixutería, hoteis, fotografía, beleza, animacións e todo o relacionado coa organización de celebracións. Non obstante, a cita mantén o seu núcleo expositivo no Campo da Feira, con máis de 160 expositores, que ocuparán máis de 3.000 metros cadrados de superficie. As empresas participantes ultiman a presentación das últimas novidades nos sectores de alimentación, automoción, construción, moble, medio ambiente, enerxías renovables, deportes, mecánica ou agro. Volverán ter presenza diversas institucións, como a Mancomunidade, e asociacións, ademais do

“Para poder descansar de noite e tamén de día”. Con este lema, a empresa Durmet, radicada en Ordes, presentou un novo colchón, que ten a peculiaridade de avisar ao teléfono móbil da persoa propietaria cando sobre el estean dúas persoas, ou quen sabe se máis, practicando sexo. A utilidade do invento, por tanto, sería que un dos integrantes da parella que o utiliza oficialmente poida enterarse dunha posible infidelidade. A mensaxe que chega ao teléfono ben podería ser ‘Están saíndoche cornos’, pero en realidade é ‘Colchón en uso’. Dá datos tamén sobre a intensidade de uso e os puntos nos que se está presionando. O creador desta novidade, Iván Miranda, explicou na presentación en Madrid que o artiluxio é capaz de diferenciar un uso amatorio do que poderían xerar uns nenos saltando sobre el. O prezo, segundo o tamaño do colchón, está entre 1.550 e 2.050 euros.

a exposición ‘Galicia Máxica’, que recolle fotografías tomadas hai medio século polo etnógrafo e investigador danés Gustav Henningsen en varias parroquias de Ordes.

Expo Ordes ofrecerá as novidades comerciais de múltiples sectores

cooperativismo, representado polo Consello Galego de Cooperativas. A maquinaria agrícola ocupará o seu lugar a carón do centro médico. Outro escenario será a Alameda, na que se congregarán máis de trinta artesáns que elaboran pezas de coiro, bixutería, xoiería, abalorios, roupa confeccionada artesanalmente, diversos agasallos ou produtos de alimentación. E outro reclamo destacable será

UN CONSELLEIRO Tal como adiantou o Concello, a apertura de Expo Ordes será o venres 22 ás 20:30 horas e contará coa asistencia do conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde. Será a xornada que habitualmente se dedica ao empresariado local. O sábado 23 o protagonismo é para a comarca, coa presenza prevista dos alcaldes dos sete municipios. E o domingo evocará o xermolo desta feira, coa vixésimo sétima Festa do Champiñón. Os bares, restaurantes e demais establecementos hostaleiros repartirán de balde coas consumicións tapas e racións elaboradas co característico cogomelo. Non faltará a música, con actuacións dos grupos de gaitas Os Pelexos e Os Viqueiras, a Banda de Música de Ordes e a charanga Ruada.

15 DE MAIO 2016 SAN ISIDRO LABRADOR

FESTA DO RIXÓN PONTEPEDRA - TORDOIA Degustación gratuíta de rixóns en todos os bares da Pontepedra Organiza:

Concello de Tordoia

GUSTAV HENNINGSEN Fotografías etnográficas 1965-1968

Galicia máxica Reportaxe dun mundo desaparecido

Casa da Cultura de Tordoia Do 15 de maio ao 3 de xuño

Organiza:

Concello de Tordoia


20

crónicas - Abril 2016

XeNte de Aquí ORDES O evento da Asociación de Gaiteiros de Galicia celebrouse en Ordes cun roteiro de actuacións polos bares

O XXi Xantar Gaiteiro homenaxea a Manuel Viqueira Ordes acolleu a vixésimo primeira edición do Xantar Gaiteiro, un encontro organizado pola Asociación de Gaiteiros e Gaiteiras de Galicia que nesta ocasión serviu para homenaxear a Manuel Viqueira, coñecido como ‘O gaiteiro de Vilaverde’, falecido en febreiro do ano pasado. O evento comezou cun acto de recordo na Casa da Cultura para repasar a traxectoria do músico ordense, definido como un dos máximos expoñentes do folclore galego e da preservación da tradición musical autóctona. Despois, tomou protagonismo a festa, primeiro cun percorrido por varios bares das diversas agrupacións participantes e despois cun xantar ao que acudiron máis de 150 persoas entre músicos, organizadores e acompañantes. A asociación contou co apoio dos gaiteiros Os Viqueiras e do Concello, representado polo edil de Cultura, Xosé Manuel Mira.

No auditorio da Casa da Cultura celebrouse un acto de recordo a Manuel Viqueira, destacando a súa contribución ao folclore

O xantar superou as 150 persoas participantes e estivo precedido por un percorrido de varias agrupacións por bares de Ordes


Crónicas - Abril 2016

21

xente dE aquí ORDES Veciño de Montaos, de 102 anos, é o colaborador máis veterano da Axencia Estatal de Meteoroloxía

Juan Mosquera, atento ao tempo desde 1948

s o t s e upu omiso s e r P mpr o sin c

Mosquera segue tomando a diario os datos do pluviómetro e anotándoos a man no boletín informativo (imaxe: AEMET)

ou ben porque o averiguaba falando cos veciños. E así unha manchea de datos que, ben analizados, axudan a comprobar os cambios do clima na zona. Mosquera, que no seu día traballou como peón de camiños, contou coa colaboración da súa esposa, xa finada, para a recollida e anotación dos datos. É un labor que, como el, centos de persoas realizan de maneira altruísta a diario, pero xa case ningunha do xeito tan artesanal e á vez metódico que emprega o veciño de Montaos, o que máis tempo leva mirando o tempo. C-15-000297

Coa precisión e a constancia dun reloxo suízo, Juan Mosquera Candal leva recollendo datos para o que hoxe é a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) desde agosto de 1948. Son case sete décadas nas que este veciño de Montaos, que o vindeiro 3 de xuño cumprirá 103 anos, rexistra a diario datos como as precipitacións, a dirección predominante do vento ou as temperaturas. Mosquera é o colaborador máis veterano con que conta a AEMET e como tal recibiu unha distinción hai unhas semanas na Coruña. Foille entregada polo Delegado do Goberno de España en Galicia, Santiago Villanueva, e polo delegado da AEMET en Galicia, Francisco Infante. Ningún dos dous naceran aínda cando un mestre da zona emprazara ao condecorado a colaborar na recollida de datos. Ao pouco, xa lle mandaran o material desde Madrid, nunha tarefa na que non cesou e que, nos tempos en que non se contaba con satélites meteorolóxicos e estacións automáticas, a información resultaba de moita utilidade para elaborar as predicións. Todo está rexistrado con rigor e cada anotación queda plasmada, a man, no correspondente recadro. Mosquera envía puntualmente os datos e ten gardados cada un dos cadernos anuais. Non así coas observacións fenolóxicas, que elabora desde 1950 e que no seu momento mandou a Madrid. Nelas figura, por exemplo, a data en que cada ano chegaba o cuco á zona, ben porque lle escoitaba el o primeiro canto da tempada

s una a e stas des Les ices Fie Fel

Revisiones gratuitas

Salud Bucal

Clínica Dental • Odontología General • Extracciones molares y Estética del juicio • Ortodoncia • Colocación de implantes • Prótesis sobre implantes • Apicectomías Eduardo Pondal, 11 Bajo. ORDES

981 680 320 - 620 822 531

Juan Mosquera Candal, que cumprirá 103 anos no vindeiro mes de xuño, recolle na Coruña o galardón como veterano colaborador da AEMET de mans do delegado do Goberno de España en Galicia, Santiago Villanueva.


Crónicas - Abril 2016

22

xente dE aquí FRADES

COMARCA

Conclúe o curso de poda e enxertos, con 25 alumnos

Un curso intenta facilitar o acceso á Formación Profesional

Acto de entrega dos diplomas, ao que acudiu o alcalde de Frades, Roberto Rey

As clases comezaron a principios de abril, con máis de corenta participantes

Clausurouse en Frades un curso municipal sobre poda e enxertos, que contou con vintecinco alumnos e alumnas e superou as trinta horas de formación teórica e práctica. En sesións semanais de catro horas, o alumnado recibiu primeiro as nocións fundamentais na

A Mancomunidade de Ordes desenvolve un curso de competencias clave e habilidades sociais no que participan máis de corenta alumnos e alumnas. Esta iniciativa procura ofrecer información e asesoramento ás persoas interesadas en concorrer nas probas de competencias clave de nivel II,

aula e despois puxo en práctica o aprendido nunha finca con especies froiteiras, ornamentais e forestais. Ademais da poda que precisa cada una delas, desenvolveron diversos métodos para a reprodución das plantas, como a semente, o enxerto ou o estaquillado.

o 21 de maio a Silleda. Superalas permite acceder de xeito directo a cursos e módulos de formación profesional para o emprego. Na apertura do curso, o presidente da entidade supramunicipal, Roberto Rey, destacou que o curso pode incrementar as opcións de acadar un emprego.

ORDES

Alba Dono Costoya, gañadora no certame ‘Lingua de Namorar’ “O mundo cheo de laranxas e eu por aquí a buscar o meu medio grelo, que beba da terra, o alente un orballo e me queira en galego”. Con esta mensaxe, a ordense Alba Dono Costoya obtivo o primeiro premio de ‘Lingua de Namorar’, na categoría de 20 a 35 anos. Trátase dun certame autonómico de mensaxes de amor breves escritas en galego, para favorecer o uso

da lingua entre a mocidade, especialmente a través dos medios que utiliza na vida cotiá, como internet e os sistemas de mensaxería instantánea. Os premios, no caso de Alba unha cámara de fotos, foron entregados polos conselleiros de Cultura e de Política Social, a directora xeral de Xuventude e o secretario xeral de Política Lingüística.

Acto de entrega dos premios do concurso ‘Lingua de Namorar 2016’


Crónicas - Abril 2016

23

xente dE aquí ORDES

ORDES

A Banda de Música grava o disco do seu aniversario

Charla de Manuel Rivas co alumnado do IES Maruxa Mallo

A gravación prolongouse varias horas na Casa da Cultura de Ordes

Rivas intervindo ante o auditorio da Casa da Cultura de Ordes

A Banda de Música de Ordes gravou xa o disco co que conmemorará o seu vixésimo quinto aniversario. A tarefa prolongouse durante varias horas e desenvolveuse no auditorio da Casa da Cultura. Para a gravación, contaron coa

O escritor Manuel Rivas ofreceu unha charla para o alumnado do IES Maruxa Mallo na Casa da Cultura de Ordes. Trátase dunha iniciativa do departamento de Lingua Galega do instituto para que os estudantes teñan ocasión de escoitar e dialo-

compañía das corais polifónicas de Montaos (Ordes) e de Senra (Oroso), ademais do grupo de gaitas Os Viqueiras. Interpretaron distintas pezas en conxunto, que pasarán a formar parte do traballo discográfico que estará dispoñible para o público “en breve”.

gar con autores e autoras contemporáneos no panorama literario, e tamén no xornalístico ou cinematográfico. Entre outros temas, o autor de ‘Os libros arden mal’ referiuse á súa nova obra ‘Madonna e outros contos de inverno’.

“ManuCars é un taller multimarca de ampla experiencia e coa mellor calidade-prezo” - Que tipo de servizos ofrecen en ManuCars? - O tipo de servizos que ofrecemos, á parte de ser un taller multimarca, é todo tipo de mecánica xeral, desde cambios de aceite, embragues, distribucións, neumáticos, aire acondicionado, diagnoses, alineados, pre-itv... ata chapa e pintura. - Algunha especialidade na que destaquen? - Sen dúbida, chapa e pintura. - Desde cando está en funcionamento? - O taller leva aberto desde principios de ano. Foi montado coidando sempre o mínimo detalle e sobre todo con moita ilusión. - Con que experiencia conta o persoal de ManuCars? - O persoal conta cunha experiencia de 17 anos neste sector e seguimos en continua formación para estar ao día nas últimas tecnoloxías. - Que vantaxes ten acudir a un taller multimarca? - As vantaxes en termos xerais serían no tema de revisións, mantenementos, mecánica rápida, itv... porque son a mellor opción. Hai que ter

en conta que os profesionais dos talleres independentes están curtidos en mil batallas, con coches de diferentes marcas nas que unha avería non sempre ten a misma solución. Á parte, os talleres multimarca ofrecen o mesmo servizo que un oficial pero a metade de prezo, debido a que os recambios poden ser de primeiras ou terceiras marcas. Polo tanto, o cliente ten máis onde escoller e axustarse ao seu presuposto. - As garantías son as mesmas? - Si, son as mesmas.

- Cales son as súas premisas á hora de atender o cliente? - Para nós o principal e non engañar o cliente, que o cliente marche contento e siga volvendo, intentamos solucionarlle sempre o problema e darlle o mellor servizo posible, cremos no boca a boca, por iso é que nos esforzamos cada día en superarnos. - Con que primeiras marcas traballades? - No tema de marcas gústanos ser selectivos e darlle a mellor calidade-

prezo aos nosos clientes. Algunhas das marcas coas que traballamos son Castrol, Texaco, Bosch, Mann, Ate, Dayco... entre outras moitas, e tamén con outras terceiras marcas que non teñen moito que envexar a unha de primeira categoría. - Son moitos atractivos para acudir a ManuCars... - Ben, nós queremos convidar a toda a xente que veña visitar as nosas instalacións e os nosos servizos porque é a mellor maneira de que poidan comprobalo por eles mesmos.

TALLER MULTIMARCA • Neumáticos • Diagnoses • Alineados • Mecánica xeral • Cambios de aceite • Distribucións Lugar O Cano S/N • Embragues 15688 - OROSO • Chapa Telf / Fax: 981 69 93 60 Móvil: 638 486 387 • Pintura


Crónicas - Abril 2016

24

xente dE aquí ORDES

OROSO

Alta participación no programa conciliador ‘Happy Easter’

Obradoiros de globoflexia e maquillaxe no programa cultural

Varios participantes, na xeira na que visitaron o Concello, a biblioteca e a radio

Participantes no obradoiro, con algunhas das creacións que realizaron

O programa de conciliación da vida laboral e familiar ‘Happy Easter’, que se desenvolveu durante as vacacións escolares de primavera, contou coa participación de 35 nenos e nenas en Ordes. Nunha das xornadas de xogos e excursións, visitaron o Concello,

O programa de obradoiros culturais de Oroso desenvolveu durante o mes de marzo un obradoiro de globoflexia, no que participaron unha ducia de persoas. As clases, impartidas pola Escola Galega de Tempo Libre, sumaron oito horas. Todos os participantes eran

a biblioteca e a radio. Foron recibidos polo alcalde e a concelleira de Educación, José Luis Martínez e Susana García. O programa está organizado polo Concello coa colaboración da Deputación e desenvólveo a escola ConTalento.

OROSO

A XX Festa da Troita busca acadar os 30.000 visitantes A Festa da Troita cumpre este ano a súa edición número vinte e faino co obxectivo de acadar os 30.000 visitantes entre o 6 e o 8 de maio, logo de ter superado amplamente os obxectivos marcados o ano pasado. Para conseguilo, volverá ofrecer “un programa que inclúa actividades para todos os gustos e para todas as franxas de idade”, explica o alcalde de Oroso, Manuel Mirás Franqueira,

quen amosa a súa satisfacción porque “tras vinte anos de moito traballo e esforzo a nosa Troita se ten convertido nun dos grandes referentes gastronómicos, culturais, lúdicos e festeiros de Galicia”, sendo a primeira Festa de Interese Turístico da comarca de Ordes. Entre o 6 e o 8 de maio, pola Alameda de Góis desfilarán as orquestras máis importantes de Galicia: Ci-

Flores ABELLÁ Coronas Centros - Ramos - Arreglos Plantas Teléfonos: Ordes: 981 680 301 Abellá: 981 699 731 Móvil: 659 843 518

Degustación de troitas en Sigüeiro

maiores de idade, se ben compartiron os coñecementos adquiridos cun grupo de nenos e nenas. Ademais, está xa en marcha un novo obradoiro de maquillaxe, tamén con maiores de 18 anos, que ensina técnicas para maquillaxes de terror e animación infantil.

nema e París de Noia (venres 6), Metrópolis e Os Satélites (sábado 7) e Bahía Blanca e o Combo Dominicano (domingo 8). Grupos locais farán pasacalles e actuacións na rúa, onde tamén haberá actuacións infantís e exhibicións de Arte na Rúa con artistas da Asociación Amizade Galego-Portuguesa. O domingo 8, día grande da Troita, terá lugar o pregón, a cargo do presidente da Deputación Valentín González Formoso e a degustación de troitas, tanto na Alameda de Góis coma nos 39 establecementos hostaleiros que se adheriron á iniciativa. Durante os tres días haberá Feira de Artesanía e Oficios.


Crónicas - Abril 2016

25

xente dE aquí ORDES

TORDOIA

Primeiro contacto coa biblioteca a través dos ‘libros contentos’

‘Tecendo novos soños’ entre os máis pequenos de Tordoia

Os nenos e nenas de Tordoia seguiron o contacontos con moita atención Unha das accións consistiu en colocar mensaxes en zonas verdes ordenses

A representación do ‘Contacontos dos libros contentos’ serviu como primeira toma de contacto coa biblioteca municipal para un grupo de nenos e nenas de Ordes. Esta actividade, que forma parte do ciclo mensual ‘Tardes

Aberto dende hai 6 meses, o centro auditivo OE+ convértese no primeiro e único Centro Auditivo Pediátrico de toda a comarca de Ordes, e un dos poucos autorizados para tal actividade en toda Galicia. Isto implica unha especialización no campo auditivo xa que ten outras implicacións non presentes na poboación adulta, entre elas o desenvolvemento comunicativo e/ou cognitivo sobre os que inflúe directamente a audición. Esta especialización fai necesario un acondicionamento e equipamento específicos para a realización das probas auditivas e, na medida do posible, que o neno participe coma se de un xogo se tratase facendo esta labor de xeito lúdico pero con seriedade e rigor. Pero esta especialización non só se limita á realización de probas auditivas senón tamén á adaptación de audífonos pediátricos, o cal implica a indicación do audífono máis axeitado para cada neno pero sobre todo a súa correcta adaptación para que poida escoitar a meirande parte dos sonidos do entorno do xeito máis natural posible. Así, no centro auditivo OE+ traballamos cos máis importantes fabricantes en canto a audífonos pediátricos, que incorporan toda a tecnoloxía dispoñible actual de modo totalmente automático, con todas as medidas de seguridade necesarias, resistentes ao pó e á humidade, compatibles coas axudas técnicas mediante conexión inalámbrica, bucle magnético e/ou entrada de audio para FM, ademáis de posibilidade de ampliación de garantía e opción dun seguro. A adaptación destes audífonos realízase con esmero, comprobando a ganancia que lle ofrecen para así obter a máxima información posible do beneficio proporcionado.

de contos e lendas’, fíxolles pasar un anaco moi entretido, que ademais ten o valor de iniciar e incentivar na lectura. E non só acoden os máis pequenos, senón que van acompañados de pais, nais e coidadores, que tamén se divirten co espectáculo.

Un grupo de nenos e nenas do municipio de Tordoia, con idades comprendidas entre os catro e os nove anos, acudiron a un obradoiro con sesión de contacontos que se ofreceu nas instalacións da biblioteca municipal, situada na Casa da Cultura en Pontepedra, a capital do concello. Os cativos fixeron unha pausa

no seu horario lectivo para asistir ao espectáculo ‘Tecendo novos soños’, no que se relata un conto mediante luces e sombras. Ademais, elaboraron un atrapasoños no obradoiro. A actividade, a cargo de EduCultoras, forma parte do programa autonómico de animación á lectura ‘Ler conta moito’.

O único centro auditivo especializado en nenos e adultos na comarca de Ordes Ademáis, a especialización que precisa un centro auditivo pediátrico tamén permite realizar a adaptación de audífonos para nenos (e tamén adultos) que xa teñan un implante coclear nun oído. Para isto traballamos cos principais fabricantes do sector de modo que se poida adaptar o audífono máis axeitado e que sexa compatible co seu implante. Non só nos centramos na adaptación do audífono, senón tamén na indicación, selección e adaptación da axuda técnica compatible que sexa máis axeitada para cada caso, especialmente aquelas necesarias na etapa educativa. Para realizar toda esta labor non só nos basamos na valoración do neno senón tamén na valiosa información que aportan os pais pero tamén os coidadores e/ou profesores e logo-

peda. Esto fai que participemos activamente con todos os profesionais que atenden e traba-

llan con este cativo tanto compartindo información como colaborando activamente con

eles en pro da mellor atención integral que o neno merece. Finalmente, cabe citar que o centro auditivo OE+ pode tramitar directamente ante o Sergas a prestación recollida no catálogo ortoprotésico según a demanda da familia do rapaz menor de 16 anos. Isto implica que as familias non terán que abonar por adiantado a cuantía fixada en 800€ por audífono se así o prefiren senón que será o centro auditivo OE+ quen así o faga. Así, o centro auditivo OE+ é o centro auditivo de confianza que requiren os pais e familiares de nenos con perda auditiva, un centro auditivo que pon todos os medios ao seu alcance para ofrecer a mellor audición posible ao cativo xunto coas máximas facilidades para os pais, familiares e/ou coidadores.


26

crónicas - Abril 2016

XeNte de Aquí OROSO

FRADES A organización estima que repartiu máis de mil tortillas de masa

As candidaturas para a Gala da Cultura poden presentarse no rexistro durante o mes de abril

A Festa da Merenda de Aiazo celébrase pasada por auga

Durante todo este mes de abril poden presentarse candidaturas para a III Gala da Cultura do Concello de Oroso, convocada para “recoñecer o mérito de persoas, entidades, asociacións ou empresas que destaquen no ámbito cultural”, segundo o goberno local. As propostas poden presentalas no rexistro do Concello calquera veciño ou entidade. As normas son que non pidan o premio para si mesmos e que a candidatura pertenza ao ámbito municipal. O formulario ten que ir acompañado dunha memoria que describa o labor e os méritos da persoa ou entidade suxerida. O evento está previsto para o venres 3 de xuño. Os recoñecementos están distribuídos en catro categorías: á traxectoria no eido cultural, á promesa 2015, para a asociación ou entidade que en 2015 potenciase a cultura en Oroso, e á empresa que apoie a cultura no municipio. Son premios sen dotación económica.

A chuvia restoulle afluencia á undécima Festa da Merenda en Aiazo (Frades), que de todas maneiras despachou unha cantidade semellante de tortillas de masa que en anos anteriores. Segundo a organización da festa, a asociación de veciños ‘Os Pasos’, foron máis de mil unidades, que prepararon alí mesmo dezanove cociñeiras desde o mediodía ata practicamente a medianoite. Onde máis se notou o mal tempo foi na área recreativa, na que se viron menos encontros familiares que noutras ocasións. As persoas que acudiron instalaron pequenas carpas para pasar a xornada, pero moitas outras optaron por ir recoller as tortillas e levalas para a casa. Deste xeito, tomou protagonismo o público xuvenil, tanto na sesión vermú como na posterior Foliada da Merenda na que entre outros interviu a agrupación folclórica local Sarillo, e a verbena nocturna.

Dezanove cociñeiras prepararon as tortillas por quendas durante doce horas

A festa está organizada pola asociación veciñal e conta coa colaboración do Concello

LA REINA DE SABA, ALGO DIFERENTE EN ORDES - ‘La Reina de Saba’ é unha tenda innovadora en Ordes. Por que? - Si, ofrecemos algo que non había antes no pobo; algo diferente. Cremos que La Reina de Saba é unha tenda interesante xa que nela podes optar por comprar un perfume coas notas olfativas dos grandes deseñadores ou ben calquera outro produto aromático ou natural. - Como funciona a venda de perfumes a granel? Cales son as vantaxes deste procedemento? - A venda dos nosos perfumes é moi sinxela. Contamos nun principio con máis de 95 frascas de 1 litro cheas de perfume e dispoñemos de tres tamaños de frascos (15 ml, 50 ml e 100 ml) para levar. Unha vez decidido o frasco, utilizaremos a frasca de 1 litro, para enchelo co perfume elixido polo cliente. Podemos repetir o procedemento con cantos perfumes se desexen comprar e informamos ao cliente de que unha vez remate o perfume, pode vir de novo co frasco baleiro para enchelo co mesmo ou con outro diferente; neste caso descontarase o prezo do frasco, pagando soamente o recheo, esta é a gran vantaxe que noutro tipo de perfumerías ou droguerías non adoita haber. Ademais, esta técnica contribúe co medioambiente polo feito de ser envases reutilizables.

Rúa do Mercado, 6 bajo-dcha 15680 Ordes Tel. 981 682 023 / 626 854 378 lareinadesaba.ordes lareinadesaba.ordes@gmail.com

- De que gama de produtos dispoñen? - Deixando a un lado os perfumes, dispoñemos dun amplo abanico de produtos aromáticos e naturais. Por unha banda temos as cremas e xabóns tanto corporais como de mans, aceites, sales e bombas de baño... mentres que pola banda dos aromas contamos cunha gran variedade de mikados, velas, ambientadores de coche e de armario... entre moitos outros.

- Os perfumes a granel serven tamén como agasallo? - Temos claro que calquera dos nosos produtos farían un agasallo perfecto, e dende logo os perfumes. Preparamos cestiñas ou paquetes ao gusto, para sorprender da mellor forma. Por encargo, tamén preparamos detalles para todo tipo de eventos (bodas, comunións, bautizos, cumpreanos...) - A que tipo de clientes se dirixen? - Dirixímonos ao público en xeral.

Aínda que na rama dos perfumes comezamos con máis stock para o xénero feminino, tamén dispoñemos deles para homes e nenos. Os demais produtos están enfocados para calquera persoa que lle guste o mundo dos aromas. - Venden tamén por internet? - Si, tanto a través da nosa páxina de facebook “La Reina de Saba - Ordes” como do correo electrónico lareinadesaba.ordes@gmail.com; facendo envíos a toda a Península. ESPERÁMOSVOS!


crónicas - Abril 2016

27

XeNte de Aquí ENTREVISTA Faíscas da Pontraga está a piques de lanzar ao mercado ‘Velaí vén’, o seu primeiro disco

“O disco reflicte a nosa andaina de catorce anos xuntos percorrendo diferentes escenarios” - Desde cando está á venda o que é o voso primeiro disco? - Aínda se está a fornear, mais contamos con que estea á venda a finais deste mes de abril. - Cantos exemplares se van publicar? Onde se vai poder adquirir? - Sairán inicialmente 1000 copias. Poderán adquirilos en tendas especializadas como A Grileira ou A Bulideira, de Santiago de Compostela. Tamén estarán dispoñíbeis nos nosos concertos, e as persoas interesadas poden contactar con calquera membro do grupo a través do teléfono, redes sociais... - Que nome lle puxestes? - Decidimos chamarlle VELAÍ VÉN! xa que tivemos que agardar case 14 anos por el! - Onde e cando se gravou? - O disco foi gravado en decembro do ano 2015, no Estudio CORMORÁN, baixo a supervisión técnica de Ramón Campos, a quen lle agredecemos o traballo realizado e o seu trato tan afable. - E por que Faíscas da Pontraga saca neste momento un disco? Que supón ‘Velaí Vén’ na traxectoria da agrupación? - Sentimos que era o momento. Aínda que xa levabamos tempo matinando a idea de gravar un disco, non queriamos investir tempo e diñeiro ao chou. Por iso fomos adiando a gravación até estarmos convencidos de que era o momento, logo de 14 anos, unha vez resoltas as actuacións do

Faíscas da Pontraga ten vontade de continuar, repleta de ilusión e ganas de traballar

verán. Levamos anos tocando xuntos, percorrendo diferentes escenarios, un disco reflicte en parte esa andaina. - A principal razón do disco é obter ingresos ou ides perder cartos pero queredes deixar constancia da vosa música nun soporte físico? - A principal razón é divulgar a cultura tradicional e deixar constancia do noso traballo. Loxicamente, cantos máis discos consigamos vender, máis portas se nos abrirán para tocar en festivais e outros escenarios… A razón económica nunca pesou en nós á hora de decidírmonos. - Cantas pezas e que tipo de temas inclúe o traballo? - Son 14 pezas, case todas de orixe tradicional e de ritmos diferen-

tes (muiñeiras, xotas, pasodobre, polcas, valses, marchas…), agás a 12 do disco, a “Xota da Pontraga”, un agasallo do noso amigo e gran gaiteiro Emilio Lois, que a compuxo para nós. - Nunha entrevista neste mesmo periódico en agosto de 2014, asegurabades que “non queremos que as présas e os prazos repercutan negativamente na calidade do traballo”. Houbo algunha urxencia para preparar o disco ou tivestes ocasión de preparalo ao xeito artesanal? - Non tivemos présa, pero despois dun verán inzado de actuacións non tivemos tempo para ensaios, tivemos que traballar intensamente durante os meses de outubro e novembro para podermos ser eficaces no es-

tudo de gravación en decembro. - A gravación foi un proceso moi laborioso? - Foi laborioso, porque gravamos 8 instrumentos e varias voces... A demora é frecuente porque temos que coordinarnos entre todos nós, seguindo unha estrita orde de gravación. Alén diso, sentímonos bastante cómodos gravando. - Agora que xa tedes experiencia en gravación e edición discográfica, vedes máis identificable a vosa música no que soa no disco ou nunha actuación en directo? - A nós gústanos tocar ao vivo, para que a xente baile ou cante, xa que ese é o sentido da nosa música tradicional. Esa expresividade que xorde no directo e esa ambientación tan especial nunca se acadan nun estudo de gravación. O contexto é importante. No estudo de gravación ficamos máis descontextualizados. - Faíscas da Pontraga ten garantida a súa continuidade? - Por suposto, non somos un grupo profesional pero temos ilusión, vontade de traballar a prol da música tradicional, desexos de ser mellores músicos... - É imposible a aprendizaxe de música tradicional na escola? - Claro que non, estaría moi ben que no temario da asignatura de música se incluíse a música tradicional que, por outra banda, está a se perpetuar grazas ao labor de asociacións culturais.

El estilo y la moda que necesitas para sentirte segura contigo misma Tallas: de la 80 a la 130 DESDE SIEMPRE PENSANDO EN LA MUJER DE HOY NUESTRA ATENCIÓN PERSONALIZADA, AMABLE Y ESPECIALIZADA TE DEJARÁN SER TÚ MISMA

Las mejores firmas:

PIDE CITA: 981 685 171 CLÍNICA A DOENZA

Telf: 981 680 123 Alfonso Senra 128 / 15680 ORDES acasadasmedias@gmail.com

Av. de A Coruña nº 24, bajo. 15185 CERCEDA (A Coruña)


Crónicas - Abril 2016

28

DEPORTES ATLETISMO

ATLETISMO

A Carreira Pedestre de Oroso disputarase o sábado 30 de abril

Catro medallas para Rodríguez en dúas destacadas probas

A cuarta edición da Carreira Pedestre do Concello de Oroso está programada para o sábado 30 de abril, se ben as persoas interesadas en participar deberán inscribirse como moi tarde o día 27. As anotacións tramítanse a través das páxinas web www.carreirasgalegas.com ou www.fgatletismo.es/santiago. É de balde nas categorías escolares, desde a pitufo ata a xuvenil. A proba absoluta, en cambio, require unha cota de inscrición de 5 euros. A intención do Concello é que a Carreira Pedestre acade os mil participantes, segundo avanzou o concelleiro de Deportes, Luís Rey: “este ano puxemos en marcha a campaña Obxectivo 1.000, despois de que en edicións anteriores rondaramos os novecentos corredores”, afirma. A carreira, organizada polo Concello en colaboración coa Deputación da Coruña, Supermercados Familia, Equip@-T e Bazar

Ánxeles Rodríguez, atleta de Ordes que compite co Club Atlética A Silva, de Cerceda, suma ao seu extenso palmarés tres medallas no recente Campionato de España de Atletismo en pista cuberta, na categoría de veteranos. A ordense acadou a medalla de ouro na especidalidade de lanzamento de peso. A isto hai que sumar dúas preseas de bronce, un na proba de salto de altura e o outro na dos 400 metros lisos, sempre en categoría F55. En concreto, en lanzamento de peso Rodríguez rexistrou 7,67 metros, fronte aos 6,21 da segunda clasificada, a madrileña Azucena López. En salto de altura, a marca de Rodríguez foi de 1,01 metros, mentres que en 400 metros lisos a ordense rematou cun tempo de 1’ 22,63’’. Noutra destacada proba, o XI European Masters Athletics Championships Indoor, disputada en Italia, Ánxeles Rodríguez foi

Karma, dará comezo a partir das 17:30 horas. Estará baixo o control do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo. Desenvolveranse un total de oito probas, con distancias adaptadas ás catorce categorías establecidas. A saída e chegada será en todas elas desde as inmediacións da Casa do Concello, comezando pola carreira absoluta de dez quilómetros de lonxitude, na que se enmarcan as categorías júnior, sénior e cinco de veteranos: A, B e C masculino; e D e E, feminino). A partir das 18:30 íranse sucedendo as demais saídas, con percorridos desde os 300 metros ata os tres quilómetros. A entrega de premios está prevista para as 20:30 horas. Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada unha das categorías, sen que os premios sexan acumulativos. En prebenxamín e pitufo todos os participantes recibirán unha medalla.

Ánxeles Rodríguez do Río compite co Club Atlética A Silva, de Cerceda

medalla de prata na proba W55 disputada por equipos. En lanzamento de xavelina foi sexta e en 3.000 metros acabou oitava.

FÚTBOL SALA

O Oroso FutSal gaña a Liga de Fútbol Sala de Santiago O Oroso Futsal Bar Tapas Benxamín proclamouse campión da Liga de Fútbol Sala de Santiago de Compostela 2015-2016, clasificándose así para disputar o campionato provincial, que organiza a Federación Galega de Fútbol Sala e que comezou o pasado 9 de abril. Os nenos e nenas do Oroso F.S. Bar Tapas impuxéronse na final ao Villestro FC por 4 goles a 2. Antes,

quedaran primeiros na liguiña previa polo título, vencendo ao Victoria FC EG Cuatro Motor en cuartos de final (4-0) e posteriormente ao Victoria FC Gráficas Alonso en semifinais (5-1). Os resultados falan, por tanto, de por si. O Oroso Futsal Bar Tapas Benxamín conseguiu conformar unha aliñación moi compenetrada e capaz de dar un xogo seguro e eficaz.

Nueva gerencia

Lugar de Orro, 100 CULLEREDO C/ Ramón Ferreiro nº 2 - ORDES Telf: 981 681 394

680 509 760


crónicas - Abril 2016

29

dePORteS

G

Marcos Guerra Mengual Bernardo Guerra González

A CORUÑA c/ Asturias, 9 Lunes o Viernes - 11:00 a 13:30

ABOGADO - GRADUADO SOCIAL

CARBALLO c/ Fomento, 16 Entrs. Jueves - 11:00 a 13:30

G

ASESORÍA JURÍDICA

PREFERENTES

PENSIONES

SEPARACIONES

SEGURIDAD SOCIAL

CIVIL / HERENCIAS

Telf. 981 150 128

ORDES Rúa Compostela, 16 bajo Miércoles - 11:00 a 13:30

Fax 981 246 789

FÚTBOL 7 A categoría benxamín faise co codiciado torneo disputado en Cantabria, gañando todos os partidos

Xuventude Oroso, campións na copa isla 2016

Os integrantes do Xuventude Oroso benxamín, celebrando a victoria despois do torneo xogado na localidade cántabra de Isla

O equipo benxamín do club Xuventude Oroso proclamouse campión da Copa Isla 2016 de fútbol 7, un torneo de ámbito español que se disputa na localidade cántabra de Isla. Os de Oroso impuxéronse cunha considerable superioridade, posto que gañaron os seus oito partidos. Na final, o Xuventude Oroso gañou fronte ao equipo local Basander, por 2 a 1. En semifinais, a victoria obtivérona ante o Vallmont, por 1 a 0. O equipo de Oroso foi o maior goleador de todo o torneo, con 19 tantos anotados. E tamén o menos goleado, con só tres. Non en van, o premio individual ao mellor xogador recaeu en Mario Prado e como mellor porteiro da competición distinguiuse a Yeray Vázquez, os dous do Xuventude Oroso.

REPORTAXE E VÍDEO PÍDENOS PRESUPOSTO SEN COMPROMISO

JUGUETERÍAS ables h c n i h s o Alquilam estas fi e d o p i t para todo

Rosalía de Castro, 30 B 15680 - ORDES (A Coruña) Telf: 981 680 823

C/ Alfonso Senra, 18 - 15680 ORDES

Telf: 981 680 612


Crónicas - Abril 2016

30

DEPORTES TAEKWONDO O Campionato Provincial en Idade Escolar disputouse no polideportivo Castelao I de Ordes

Triunfos do Natural Sport Ribeira e o cub noiés Maniotas O club Natural Sport Ribeira, na competición masculina, e o Maniotas, de Noia, na feminina, foron os gañadores do Campionato Provincial de Taekwondo en Idade Escolar, que se disputou no pavillón polideportivo Castelao I, de Ordes, na xornada do 20 de marzo. No recinto instaláronse catro tapices para o desenvolvemento da competición, que congregou un total de douscentos deportistas pertencentes a dez entidades deportivas de toda a provincia coruñesa, ademais de numerosos afeccionados. O Concello, que colaborou coa organización, desprazou ao alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, máis aos concelleiros José Manuel Rodríguez, José Manuel Mira e Luis Caamaño para encargarse da entrega de trofeos e medallas aos participantes. O acto contou tamén coa presenza do presidente da Federación Galega de Taekwondo, Juan Carlos Eiriz.

CARREIRA

A competición de Frades terá lugar o 7 de maio na Pontecarreira A terceira carreira de Frades está programada para a tarde do sábado 7 de maio, aínda que o prazo de inscrición para os participantes remata o 3 de maio. As anotacións son de balde para escolares, de pitufos a benxamíns, e custan 5 euros para as categorías júnior, promesa, sénior e veterana. Formalízanse a través da web www. emesports.es. A competición está organizada polo Concello de Frades e pola Federación Galega de Atletismo, en colaboración coa Deputación da Coruña, Carreiras Galegas, Correr en Galicia e diversas empresas. A proba principal ten 8,6 quilómetros de lonxitude, con saída e chegada na Pontecarreira. As diferentes categorías inferiores percorrerán distancias menores, adaptadas a cada tramo de idade. Haberá premios en metálico para os cinco primeiros clasificados da categoría absoluta e para os tres mellores equipos, tanto na clasificación masculina como feminina. En total, entregarán 1.225 euros, ademais de diversos premios e trofeos.

A competición sumou uns douscentos deportistas pertencentes a dez entidades deportivas de toda a provincia coruñesa

APOIO AO DEPORTE

ATLETISMO

O club Atlética A Silva, partícipe na Gala do Atletismo Galego

Oito dos once premiados do Atlética A Silva, na gala na Cidade da Cultura

Varios integrantes do Club Atlética A Silva, de Cerceda e con integrantes de varios municipios da comarca ordense, participaron na Gala do Atletismo Galego para recoller os premios que recoñecen os seus éxitos na pasada tempada.

Como indican no club, son premios “ao seu esforzo e amor polo atletismo”, que comparten con todos os compañeiros “que por unha razón ou outra este ano non o conseguiron”, como mostra do apoio mutuo que caracteriza o club.

O orzamento de 2016 en Ordes incluirá bolsas para deportistas locais con bos resultados O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, anunciou que os orzamentos municipais deste ano incorporarán recursos para bolsas específicas de apoio a deportistas locais que destaquen polos seus resultados e precisen axuda para as competicións. A novidade coñeceuse no debate dunha moción do PSOE para pedir axudas económicas directas e nominativas a equipos e deportistas concretos. Todos os grupos estiveron de acordo, aínda que o PP, no goberno, votou en contra por aprezar na redacción do documento “unha acusación velada de que o Concello de Ordes non aplica unha política de fomento ao deporte”. O rexedor rebatiuno falando de incrementos orzamentarios nas escolas deportivas municipais. Os socialistas, en cambio, non ven política de fomento do deporte e consideran que o goberno utiliza “con fins propagandísticos” os éxitos individuais ou de clubes, segundo a concelleira Verónica Gómez.


crónicas - Abril 2016

31

OPiNiÓN

Tu tienda de moda

to Libros de tex lar o c s e l a i r e t a M

Ramón Ferreiro, 1. Bajo. - 15680 ORDES Telf.: 981 681 365

Os paxariños da Alameda Os ornitólogos todo o día falando do ben que lles viría a ventilación ás aves da república coreana e ao final comproban que a ventilación facía tanta ou máis falta nas terras contiguas. Que disgusto! Que deshonra! Que infortunio! Depare o que depare o arbitrio, xa non hai quen pague as bágoas derramadas, o decoro perdido (ai! outra vez o decoro, aquí tamén...!) e moito menos as pastillas de tensión, que non entran polo seguro.

Agora é cando algún pétalo descartado no seu día está pensando se pide contas e compensacións, ben sexa a prazos ou con pago ao contado. O caso é que xa deixou caer que a democracia interna ten estas cousas. Máis aínda cando de democracia tivo pouco, que ben saben todos como é o xogo do estraperlo. O caso é que está expectante e disposto ao ataque exterminador. E terá axuda das gaivotas, aínda por riba.

Nesas andan, si, como se o lagarteiro e demais paxaros observadores fosen uns pailáns. Pero non, saben ben o que hai. Teñen coñecementos fluviais dabondo como para saber cando os caudais derivan ben ou derivan mal no cauce que lles corresponde. Tampouco hai que esquecer que eles tamén teñen parentes de rapiña. A través das bentás miraron como desborda o rego. E o que lles queda por ber. Si, ber polas Bentás.

De aí que algún gaivoto preguntase por certa finca, en público e sen complexos. Bastantes pistas daba. De todas maneiras, tamén xogaba un pouco ao despiste. É máis, o seu despacho foi o primeiro que tivo que ser ventilado, unha e outra vez. Ata que chegou un momento, ben o sabe a garza, que viron que o cheiro persistía e houbo que pechar e ambientar. Pero agora fala Eliseo e todos calviños. O día que chegue a policía...

O TAQUÍGRAFO DISLÉXICO

Expo Ordes, unha feira necesaria que non sorprende Nesta derradeira fin de semana completa de abril celébrase unha nova edición de Expo Ordes, unha feira expositiva que está tan arraigada na comarca que só cabe pensar que é útil e necesaria. A ninguén lle debería caber ningunha dúbida, á vista de que se van superar as duascentas entidades, entre empresas, institucións, asociacións e particulares, que presentarán ante milleiros de persoas as súas novidades comerciais e de servizos. Con certo disfraz festivo, este grande escaparate comercial vai máis alá dos paseos, as visitas e os encontros que producen durante as súas dúas xornadas. En realidade, a súa maior utilidade para quen acode son os negocios que os contactos establecidos permiten pechar despois ao longo do ano. É dicir, é unha boa oportunidade para facerse un oco no mercado. Agora ben, non hai que obviar que a feira multisectorial corre o risco de quedar anclada nun esquema reiterativo, nunha falta de

renovación que pode deixar de facela atractiva tanto para os expositores como para o público que a visita. Está por ver se as novidades introducidas este ano, como o salón de moda ou o reforzo dos postos de artesanía, son suficientes para evitar a perniciosa sensación do “isto xa o vin o ano pasado”. Por iso, sen perder a esencia nin alterar o que está demostrado que funciona, todos os cambios deben ser benvidos. Aínda co risco de que algúns deles fracasen, pagarán a pena se cando menos un funciona. E nesa tarefa deben ser partícipes todos: o Concello como organizador, as demais institucións que colaboran, as empresas e autónomos que fan un encomiable esforzo por participar, e incluso o público, que non debería renunciar a presentar suxestións de mellora. A nosa non é outra que arriscar un pouco máis, darlle máis oportunidades á orixinalidade, romper inercias. Longa vida a Expo Ordes!

Todo lo último de Patrulla Canina para el verano, menaje, juguetes, textil, calzado,...

FELICIDAD ES MAMÁ!!! Papelería, textil, calzado, menaje, artículos de regalo, peluches...

Rúa da Canteira nº 2 ORDES (A Coruña) - Telf: 981 688 646

én...

bi ra tam o h a Y


Crónicas

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L. Peche de edición: 15-04-2016. Depósito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com

COMARCA Unha broma para criticar a política forestal fixo crer a existencia do animal australiano en Cerceda

Coalas non hai, pero temos todo listo para que veñan Por unhas horas, incluso días, bastante xente chegou a crer que había unha colonia de coalas nos montes da contorna. E seguramente máis dunha persoa sentiu algo de decepción interna cando descubriu que todo era unha broma e que o calmado animal seguía nas antípodas. A farsa coincidía co Día dos Inocentes anglosaxón, pero non era unha broma calquera, senón que tiña como fin cuestionar a política forestal que impera en Galicia e os prexuízos que ocasiona a prevalencia do eucalipto. A acción foi ideada e acometida pola produtora Illa Bufarda e, como tantas outras falsidades, estendeuse como unha mancha de aceite polas redes sociais e mesmo foi publicada como información veraz por varios medios xornalísticos. Un gol na portería da credibilidade. O primeiro foi crear nas redes a suposta mancomunidade de montes da Farbuda e ir dando conta de avistamentos dun animal “ao lonxe e subido nos eucaliptos” que non daban identificado “no norte do concello de Cerceda”. Así ata lanzar un comunicado aos medios no que “veciños da comarca de Ordes alertan da existencia de coalas”, acompañado de gravacións e testemuños de “varias persoas expertas na materia que confirman a súa existencia”. Ninguén sospeitou sequera do sobredimensionado sombreiro de palla dunha testemuña, nin do tono da presunta enxeñeira agrónoma que nun vídeo vía “posible a adaptabilidade do coala no noso hábitat pois

conta coa súa principal fonte de alimentación: o eucalipto”. Engadía datos como que o 90 % do alimento da especie é eucalipto, medio quilo diario de folas. E detallaba que tiveran que “modificar o seu sistema dixestivo para que a toxicidade do eucalipto non lle resultase daniña como para a maioría dos mamíferos”. COALAS HUMANOS “A MOREAS” Illa Bufarda contou coa colaboración de “moitas persoas e ganchos” para que o fenómeno fose viral. E foi no pleno apoxeo cando chegou o desmentido e a explicación. “Polo de agora non existen coalas en Galicia, entendidos como especie animal que habita en Australia. Mais se chamamos ‘coalas’ aos humanos que involucionan, se conforman e se adaptan, coalas hai a moreas”, proclamou o grupo, que incidía en que “o coala evolucionou ao revés, cada xeración é menos intelixente que a anterior”, adaptando a súa dixestión ao eucalipto aínda a costa de ter que botar cinco horas comendo e dezaoito durmindo para procesar a inxesta. “Mastigamos moito tempo a idea do beneficio curtopracista, canto espertemos tras a dura dixestión desta broza xa non teremos monte”, pasan a advertir os promotores desta iniciativa. “Os montes galegos -engadensofren a política continuista do tardofranquismo que executa a Xunta de Galicia sen ter en conta as mostras de deterioro da terra, os saberes das persoas expertas en políticas forestais

a propagación de incendios forestais. Como mostra da orientación da política forestal, citan que no Consello Forestal galego reunido o ano pasado hai 20 membros, dun total de 25, que representan o sector da madeira. E non esquecen a recente renovación por 60 anos que o goberno de Mariano Rajoy, xa en funcións, autorizou na concesión da planta de Ence na ría de Pontevedra, a gran demandante de eucalipto.

Varios medios déronlle todo o crédito á eficaz acción da produtora Illa Bufarda

e a todas as organizacións ecoloxistas e naturalistas galegas que levan anos loitando e reivindicando unha política forestal que non hipoteque o futuro dos montes galegos e coarte a consecución dun medio rural multifuncional e sustentable”, din. Lembran que as plantacións de eucalipto superan o 30 % da superficie forestal galega e concentrarían sobre o 15 % do total mundial da especie, cando o bosque autóctono non chega ao 2 %. E expoñen que o eucalipto ocasiona a perda de nutrientes do solo, eleva a erosión sobre todo nas plantacións en pendente, reduce a dispoñibilidade de auga e favorece

NOTICIAS EN SERIE O colectivo Illa Bufarda aproveitou tamén para reflexionar sobre a situación dos medios de comunicación, visto o alcance que a súa ‘noticia’ acadara en moitos deles. Mentres que en varias redaccións houbo máis cautela, axencias de noticias, radios e a web da televisión autonómica picaron. Nin sequera lembraron que a organización ecoloxista Adega gastara unha inocentada semellante en decembro, cun suposto convenio con Norfor, filial de Ence, para introducir coalas nas súas plantacións. A conclusión de Illa Bufarda é que “o funcionamento dalgúns medios de comunicación obriga a profesionais do xornalismo a producir noticias como se fose madeira de eucaliptal, sen contrastar fontes, nin indagar nos feitos, froito isto dunha precarización laboral imperante”. Así as cousas, só queda saber se os coalas se atreverán algún día a coller o avión e establecerse na comarca, posto que todo parece preparado para recibilos.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.