Cronicas comarcadeordes n29 maio2016

Page 1

Crónicas

Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 29 - Maio de 2016

PRÓXIMA APERTURA: 1 Junio

LAVADO VILLASENÍN

LIMPIEZA DE TAPIZADOS 981 682 192 - 649 311 387

Rúa do Muiño, 14 Baixo - ORDES

Preocupación social polo proxecto dunha planta de escorias en trazo O proxecto para instalar unha planta de tratamento de escorias na canteira ‘Celia’, en Viaño Grande (Campo, Trazo), está ocasionando

unha considerable controversia social. Os veciños e veciñas cren que o goberno municipal ocultou a información do proxecto durante

meses, posto que a exposición pública da autorización ambiental tramitouse en novembro pasado e o Concello non convocou a unha reu-

nión informativa ata finais de abril. A iniciativa consiste en recuperar materias primas a partir de escorias tipificadas Páx. 5 como inertes.

talento estratosférico

ceRcedA

Os orzamentos volven superar os dez millóns Páx. 7

dePORteS

O queixas ascende e o Ordes máis o tordoia feminino mantéñense

Páx. 23

OROSO

O caso das ventás incendia a relación entre PSOe e PP Páx. 9

ORdeS

O ieS Maruxa Mallo de Ordes lanza con éxito a sonda espacial Páx. 15

Planean unha senda peonil entre O Valado e Parada Páx. 2

ORdeS

Últimos días para presentar alegacións ao Plan Xeral

Páx. 2

ecOnOMíA

A axencia da cadea alimentaria investigará o leite

Páx. 11

Xente de Aquí

unha volta a europa en moto partindo de Ordes Páxs. 12-13


2

Crónicas - Maio 2016

Actualidade ORDES

ORDES A maior parte dos escritos presentados reclaman ampliar núcleos rurais

Martínez Sanjurjo entra no comité executivo rexional do Partido Popular de Galicia

Últimos días para consultar o PXOM e presentar alegacións ao seu contido

O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, foi designado membro do comité executivo do Partido Popular de Galicia. Para os integrantes do PP ordense é “un recoñecemento ao traballo desenvolvido polo conxunto de militantes e simpatizantes do PP local ao longo dos últimos anos”. Interpretan ademais a elección, no Congreso do PPdeG en Ourense, como “unha aposta e unha mostra de confianza do presidente Feijóo no PP de Ordes e no traballo que Martínez Sanjurjo está a desenvolver á fronte do Concello desde o pasado mes de xullo”, din. Martínez tivo palabras eloxiosas para Núñez Feijóo como candidato á reelección como presidente da Xunta e manifestou que “como integrante da gran familia do PPdeG podo asegurar que en Ordes estamos na disposición de traballar para que Feijóo revalide a maioría necesaria para gobernar, porque é o único que pode garantir a estabilidade” en Galicia.

tacar que a gran maioría solicitan a ampliación de núcleos rurais para poder acometer construcións. Moi poucas solicitan o contrario. Hai unha cifra escasa sobre o solo urbano e o urbanizable, e varias limítanse a corrixir erros cartográficos. Unha vez rematado o prazo, o equipo redactor responderá cada alegación e verase se se pode estimar, total ou parcialmente, ou rexeitar. A previsión é que o documento prosiga despois a súa tramitación na Xunta..

O BNG desenvolveu actos informativos sobre o PXOM na vila e nas parroquias

Ata este 30 de maio permanece aberto o proceso de consultas e presentación de alegacións do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Ordes, aprobado inicialmente a mediados de marzo. O documento está exposto nas dependencias do Concello e tamén se pode revisar a través da súa páxina web.

Durante o primeiro mes de exposición pública, o PXOM acumulaba case un cento de alegacións. A cifra non é moi elevada se se compara con outros plans, aínda que hai que ter en conta que é nas últimas xornadas do prazo cando se acelera o ritmo de presentación de alegacións. No balance provisional, cabe des-

REUNIÓNS Neste proceso, o BNG desenvolveu un carrusel de reunións na vila e nas parroquias, informando aos veciños e veciñas sobre as características do plan, as consultas ou a presentación de alegacións. O Concello iniciou tamén unha serie de xuntanzas informativas, a primeira o pasado 18 de maio en Montaos, a segunda este 23 de maio na Casa da Cultura, e a terceira o 24 na nave do Mesón do Vento. Todas ás 20:30 horas.

ORDES

ORDES A petición á Deputación foi aprobada por unanimidade no pleno municipal

O BNG critica que o proxecto do Campomaior se contratase “a dedo”

Planean unir O Valado e Parada cunha senda peonil pola estrada provincial

O BNG de Ordes considera que a redacción do proxecto para acondicionaro pavillón deportivo do Campomaior e engadirlle un ximnasio foi contratada “a dedo”, algo do que o grupo nacionalista acusa directamente ao alcalde. Os nacionalistas defenden que se optase por un procedemento aberto. O seu voceiro municipal, Pablo Vidal, asegura que “o alcalde prefire adxudicar eses traballos a técnicos de fóra do concello, respondendo a non se sabe que escuros intereses, na vez de abrir un procedemento que permita ofertar pola execución destes traballos a técnicos de Ordes e doutras zonas”. Ademais, o Bloque apreza varios erros no proxecto, o principal que na zona do ximnasio non se contemple unha instalación de ventilación. Lembran que algo semellante xa sucedeu no ximnasio da piscina climatizada, polo que reclaman que se reformule o proxecto.

O pleno de Ordes aprobou por unanimidade a creación dunha senda peonil que una O Valado, desde a entrada ao cemiterio municipal, e a parroquia de Parada, ao longo da marxe esquerda da estrada provincial DP5903 entre Ordes e Portomouro por Pontechonia. A petición, formulada polo PSOE, vai dirixida á Deputación, como titular do vial. Os socialistas estiman que tería un custo duns 178.000 euros e que melloraría a seguridade viaria para as persoas dos lugares da Grela, A Igrexa, O Pazo e O Castro, que a miúdo acoden a pé ata o tanatorio. Ademais, sinalan que abre posibilidades para usos de lecer, dado que a senda conectaría coas beirarrúas xa existentes no Valado e conformaríase así un longo traxecto seguro para pasear. Aínda que apoiou a proposta, o goberno municipal fixo constar que en marzo xa emprendera ante a Deputación o trámite de solicitar unha iniciativa semellante. Incluso uns centos de metros máis longa, ao che-

Un dos treitos polos que discorreria a senda desde o cemiterio ata Parada

gar ata a estación da Pontraga e non deterse no lugar da Grela, como sucede coa petición defendida polo PSOE. Desde o Concello aseguran que xa teñen un anteproxecto elaborado no que figura un orzamento detallado con vistas á futura execución da obra. De todas maneiras, non ofreceron a contía do orzamento. Os socialistas din en cambio que

“o goberno do PP mente para apropiarse de iniciativas alleas”. Segundo o PSOE, o Concello non presentara ningún anteproxecto na Deputación. A súa portavoz, Verónica Gómez, afirmou que “é unha mágoa que o goberno de Ordes, en vez de traballar e presentar iniciativas, reaccione torpemente e queira facer pasar as dos demais por súas”.


crónicas - Maio 2016

3

PuBlicidAde

GRUPO

EXCAVACIÓN E MOVEMENTO DE TERREOS

DESBROCE DE PISTAS

RECOLLIDA DE RESIDUOS URBANOS

XESTIÓN DE PUNTOS LIMPOS

XESTIÓN E TRANSPORTE DE RESIDUOS PERIGOSOS

ALUGUER DE CONTENEDORES DE RESIDUOS INDUSTRIAIS

LAVADO DE CONTENEDORES E RÚAS

LIMPEZA VIARIA E DE EDIFICIOS

SERVIZO DE GUINDASTRE

Portobrea nº 3. Queixas - 15186 CERCEDA Oficina: 981 693 072 / 639 200 204 - correo@grupocercedasol.es Taller: 981 693 026 / 608 982 888 - www.grupocercedasol.es

ACREDITADO POR ENAC ACREDITADO POR ENAC


Crónicas - Maio 2016

4

Actualidade ORDES

COMARCA Acordo entre a granxa ecolóxica de Mesía e a Cruz Vermella de Ordes

Os socialistas queren que o plan ambiental da Deputación se utilice para xerar emprego

A Casa Grande de Xanceda doa excedentes para a infancia en risco de exclusión social

Os socialistas de Ordes cren que o novo plan ambiental da Deputación da Coruña debería ser aproveitado polo Concello para iniciativas que “ademais de estar vinculadas co medio natural, se traduzan na creación de emprego”. Este novo programa provincial dota o municipio cuns 50.000 euros, segundo anticipou o PSOE ordense. En pleno, os socialistas teñen previsto instar ao goberno municipal a orientar os proxectos que se desenvolvan a cargo do plan á xeración de emprego. Verónica Gómez, portavoz municipal socialista, afirma que “por desgracia, Ordes ten un nivel de paro bastante elevado, polo que entendemos que é moi necesario que se aproveite a oportunidade que ofrece a Deputación para combater este problema”. O PSOE remarcou o carácter “moi positivo” dos plans que impulsa a Deputación coruñesa para os Concellos, como o ambiental ou o plan de emprego.

A Casa Grande de Xanceda, granxa e industria ecolóxica radicada en Mesía, doa excedentes dos seus produtos lácteos para servilos nas merendas saudables dos menores que participan este curso no proxecto de promoción do éxito escolar da Cruz Vermella de Ordes. Así figura nun acordo entre a empresa e a entidade benéfica, que ten por obxectivo apoiar a infancia en situación de risco de exclusión social. No programa da Cruz Vermella participan doce nenos e nenas de familias con dificultades. Tres veces por semana, acoden ás actividades de reforzo escolar e reciben as merendas saudables. Manuel Viqueira, presidente da Cruz Vermella de Ordes, afirma que “para nós é moi importante esta colaboración cunha empresa como Casa Grande de Xanceda, que é da nosa zona e coa que compartimos moitos valores”. Para Viqueira, o acordo “demostra a importancia de que todos os axentes sociais sumemos esforzos para construír unha sociedade máis xusta”.

Integrantes da Cruz Vermella de Ordes con persoal de Casa Grande de Xanceda

Guillermo Martínez, xerente da Casa Grande de Xanceda, expuxo que “o obxectivo do noso proxecto é ser sostibles economica e ambientalmente, por iso o noso compromiso está co medio, cos animais e coas persoas”. O acordo, que se asinou tras a visita á granxa de varios integrantes dos

órganos directivos da Cruz Vermella, tamén deixa patente a vontade da granxa ecolóxica de Mesía, que en 2013 recibiu o Premio Alimentos de España á produción ecolóxica, para colaborar noutros proxectos que beneficien a persoas en risco de exclusión social ás que apoia a Cruz Vermella de Ordes.

FRADES - MESÍA

OROSO

O Punto Limpo abrirá dous días por semana en fase de probas

Comeza a funcionar o camiño escolar seguro en Sigüeiro

O Punto Limpo que compartirán os Concellos de Frades e de Mesía en Céltigos (Frades) abrirá dous días por semana nunha fase experimental que se prolongará durante un ano. Así o explicou o alcalde de Frades, Roberto Rey, na sesión plenaria que aprobou, por unanimidade, o regulamento de funcionamento do novo servizo. En concreto, a apertura será os mércores de 15 a 19 horas e os sábados de 12 a 16 horas. Non obstante, aínda restan varios trámites para que entre en servizo, como a sinatura do convenio entre os dous Concellos ou a adxudicación a unha empresa xestora durante ese prazo provisional dun ano. Rey manifestou que “decidimos ver que acollida ten o Punto Limpo e ver como funciona nese ano inicial, para así ver se posteriormente hai que introducir algún cambio e adaptarse mellor ás necesidades dos usuarios”. O horario escollido, con franxas de tarde e de fin de semana, pretende fa-

cilitar que os usuarios acudan ao Punto Limpo. Polo demais, o regulamento estipula aspectos como o tipo de residuos se poderán levar ao Punto Limpo. En liñas xerais, son os residuos sólidos urbanos ou domésticos que requiran dunha xestión específica polo seu tamaño, natureza ou perigosidade, tales como disolventes, aceites minerais, aceites vexetais, pilas, fluorescentes, baterías, residuos perigosos, entullos, vidro, aerosois, radiografías, restos de poda, roupa, cartón e papel, envases e residuos de aparatos eléctricos e electrónicos. Os usuarios terán que ser particulares empadroados e determinados establecementos ubicados en Frades ou Mesía, aínda que a persoa titular sexa de fóra. A norma fixa uns topes máximos anuais que cada usuario pode depositar. Non se admitirán como usuarias empresas que están obrigadas a procesar os residuos mediante sistemas específicos.

‘Caraocole’ ten puntos de encontro para que os escolares vaian a pé ao colexio

Xa funciona en Sigüeiro ‘Caraocole’, o camiño escolar seguro que marca un itinerario vixiado para que os escolares poidan acudir a pé ao CEIP do Camiño Inglés. A iniciativa foi impulsada polo propio centro, o Concello de Oroso e a ANPA Carboeiro. Colaboran Protección Civil e a Policía Local. O itinerario ten marcados uns

puntos de encontro co logotipo dun caracol, identificativo do camiño escolar para marcar a ruta. Cada punto ten fixada unha hora de espera, a partir da cal os escolares avanzan no itinerario. Diversos establecementos públicos colaboran como puntos de apoio aos que os nenos e nenas poden acudir se sucede algunha incidencia.


Crónicas - Maio 2016

5

Actualidade TRAZO Acusan ao Concello de ocultar a información do proxecto durante meses

COMARCA

Controversia pola instalación dunha planta para tratar escorias en Campo

A Mancomunidade solicita crear unha sede electrónica e proseguir co servizo lingüístico

O proxecto para instalar unha planta de tratamento de cinsas na canteira ‘Celia’, de Viaño Grande, en Campo (Trazo), está ocasionando unha considerable indignación veciñal contra o Concello que dirixe José Dafonte (PP). A razón é que a veciñanza comprobou que o goberno local tería ocultado durante meses a información do proxecto. Aínda que a iniciativa saíu a información pública para recibir autorización ambiental integrada en novembro do ano pasado, non foi ata finais de abril cando o Concello convocou unha reunión cos veciños. O prazo para presentar alegacións fora de trinta días hábiles, contando desde novembro. Aínda por riba, o aviso da reunión, celebrada na antiga casa consistorial, non chegou a todas as persoas interesadas: “foi dado porta por porta a quen lles pareceu”, confirma Martín Rei, portavoz municipal do BNG, quen advirte do “secretismo” co que Dafonte levou a cuestión nos últimos meses.

O pleno da Mancomunidade de Ordes acordou solicitarlle á Deputación da Coruña a creación dunha sede electrónica, que servirá para que os usuarios poidan efectuar a través de internet diversos trámites administrativos, como presentar solicitudes, formular suxestións e queixas ou consultar publicacións. Na mesma sesión, os representantes dos sete Concellos acordaron pedir tamén unha subvención autonómica para que continúe o Servizo de Normalización Lingüística (SNL), de maneira que o ente poida proseguir con actividades de promoción do uso da lingua galega na comarca. Do mesmo xeito, o pleno tamén aspira a participar no programa ‘Deseñando o teu futuro’, unha iniciativa autonómica para que mozos e mozas de 14 a 18 anos poidan visitar empresas e entidades públicas ou efectuar prácticas formativas non remuneradas para optar por unha profesión.

que caeron durante o encontro, sen deixar moi claro con que permisos conta xa a empresa e cales lle faltan. Así as cousas, os veciños comezaron a indagar sobre o proxecto e convocaron unha reunión pola súa conta, preocupados polas consecuencias que o proxecto podería ter para o medio ambiente da zona e mesmo para a súa saúde.

Canteira na que se proxecta o complexo

Ao parecer, ao goberno local non lle quedou máis remedio que posicionarse, publicamente, en contra da instalación da empresa, ao constatar o rexeitamento veciñal e o enfado por ocultar o proxecto durante meses e polas incoherencias nas

O PROXECTO A solicitude foi presentada pola empresa ‘González Couceiro, S.L.U.’, con domicilio social no Porriño (Pontevedra). A actividade que pretende efectuar na canteira, situada preto do lugar do Candendo, é instalar un complexo xestor para a recuperación de materias primas a partir de escorias caracterizadas como inertes. Mediante operacións mecánicas e físicas, a empresa separará os materiais aproveitables das cinsas procedentes da incineración de residuos. Deste xeito, extraería tanto áridos reciclados como metais férricos e non férricos para reciclar.

FRADES

TRAZO

As asociacións poden solicitar axudas ata o 4 de xuño

Organizan unha xornada infantil de pesca na piscina

As axudas municipais para entidades culturais ou deportivas, asociacións de veciños e outras entidades de interese social e participación cidadá poden solicitarse ata o 4 de xuño. Esta convocatoria de Frades está dotada con 32.000 euros. Pode chegar a cubrir ata o 100 % de gastos xerais, actividades, obras, gastos de funcionamento ou traballos de persoal voluntario.

O Concello de Trazo convocou unha xornada infantil de pesca na piscina municipal. Será o vindeiro 28 de maio. Esta actividade estableceu os quince anos como idade máxima dos participantes. Require inscrición previa, que ten que efectuarse antes do 24 de maio. Para participar é obrigatorio levar cana. Colabora na xornada o Servizo de Conservación da Natureza.


Crónicas - Maio 2016

6

Actualidade ORDES O goberno local considera que o “trámite” servirá para continuar coa reparación da estrada de Mercurín

A Xunta e o Concello acordan intercambiar a titularidade de varios treitos de estradas en Ordes O Concello de Ordes e a Xunta, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, acordaron intercambiar a titularidade de varios treitos de estradas. O goberno municipal asegura que este “trámite” ten como unha das utilidades máis destacadas a de posibilitar que prosiga a reparación da estrada de Ordes a Cerceda por Mercurín “con cargo aos orzamentos da Xunta”, di. En concreto, para a Xunta pasará o tramo entre a N-550 e a AC-524 (Ordes-Lanzá), con inicio no sur de Ordes e remate na glorieta que enlaza coa AC-524 e a DP-3802 (OrdesPontecarreira). Tamén a unión entre a AC-524 e a N-550, con punto inicial na glorieta da AC-524 e remate na N-550 atravesando o polígono industrial e enlazando coa estrada municipal cara a Cerceda. E o treito desde a N-550 ata o límite do termo municipal, con inicio ao norte da vila e conexión co segundo treito da variante de Ordes, tendo o punto final no límite do termo municipal enlazando cunha estrada cara a Cerceda.

Para o Concello, pola súa parte, pasarán un tramo da Rúa dos Lagartos (estrada AC-417) e na súa prolongación ata a AC-524, así como restos das estradas AC-413 e AC-524 que quedaron en desuso ao variar o trazado despois de acometer obras. Pese a que a permuta se aprobou por unanimidade, o PSOE ordense considera que o goberno do PP tratou a cuestión cunha “lenti-

tude extrema”. Din os socialistas que xa antes das pasadas eleccións municipais de 2015 eles mesmos solicitaran o cambio de titularidade da estrada de Mercurín, ata agora municipal, para que a Xunta procedese ao seu arranxo. Para o PSOE ordense, o PP “está demostrando unha grave incapacidade de xestión tanto no goberno municipal como no autonómico”.

Lea entre o goberno e o PSOE pola intención de transferir treitos urbanos de viais provinciais

Reunión co presidente da Deputación na sede do PSOE de Ordes

Os socialistas de Ordes van propoñer que a Deputación transfira ao Concello treitos urbanos de estradas provinciais. Serían os correspondentes ás rúas do Recreo e de Rosalía de Castro, o que para o PSOE permitiría “actualizar e racionalizar a titularidade dos viais do rueiro” e simplificar trámites administrativos. A idea xerou un conflicto dialéc-

cal. Por iso, calificou de “totalitaria” a actitude do PSOE e criticou a “utilización” da figura do presidente provincial “con fins partidistas e electoralistas”. Os socialistas reaccionaron “lamentando que o alcalde non saiba valorar” o aumento de investimentos da nova Deputación no municipio.

tico co goberno municipal pola maneira en que se anunciou. Os socialistas aseguraron que xestionaron a transferencia nunha reunión co presidente da Deputación, Valentín González Formoso. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, pediu “maior lealdade institucional” e apelou a que a tramitación é unha competencia do executivo lo-

ORDES

OROSO

Rematado o acceso peonil desde a Reverencia ata o Recreo

Preparan a senda de acceso ao novo colexio pola N-550

A nova beirarrúa ofrece maior seguridade no tramo final da rúa Reverencia

Rematou a construción dunha beirarrúa no tramo final da rúa Reverencia, na súa conexión coa rúa do Recreo en Ordes. A obra tivo un custo duns 21.000 euros e beneficiou uns 40 metros de traxecto, cunha zona de paso para os peóns de 1,80 metros de anchura. Antes de que se acometese

este proxecto, as persoas tiñan que completar o último tramo invadindo a calzada destinada a circulación rodada. Por iso, a veciñanza da zona demandaba a reforma, na que tamén se acondicionou a zona contigua e foi reposto o pavimento de todo o tramo, segundo o Concello.

Nas últimas semanas avanzaron os traballos para construír unha senda peonil na estrada N-550, que conectará as beirarrúas de acceso ao CEIP do Camiño Inglés coa Alameda de Góis. O investimento é duns 60.000 euros, segundo expuxo o goberno municipal. O alcalde, Manuel Mirás, pediu desculpas “polo atraso considerable que acumulan estas obras”, que atribúe primeiro ás modificacións que foi solicitando o Ministerio de Fomento e xa máis recentemente á que tiveron que agardar a saber por onde se canalizarían as augas pluviais do novo acceso á AP-9. Esta factor determinou o diámetro da tubaxe de pluviais que se instala na nova senda. O PP, que salientou que “máis vale tarde que nunca”, cuestionou que a obra chegue con dous anos de retraso. O seu portavoz, Alexánder Doval, asegura que “vin Concellos máis rápidos” e observa nesta obra “un exemplo máis da parálise

As obras, nos seus primeiros pasos

na que se atopa un goberno sen proxecto, sen interese, sen ganas e sen ideas”, din. Non obstante, o principal grupo da oposición de Oroso amosa a súa “satisfacción” por que se vexa atendida a demanda veciñal, tras tanto tempo “xogándose a vida simplemente polo capricho do alcalde”, din.


Crónicas - Maio 2016

7

Actualidade CERCEDA Recibiu o voto a favor do PSOE e e en contra do PP e do BNG, nun debate de moita aspereza

O orzamento municipal volve superar os dez millóns Cerceda dispón este ano de case 10.143.000 euros de orzamento municipal, un 15,4 % máis que en 2015. O documento foi aprobado cos votos a favor do goberno (PSOE) e en contra da oposición (PP e BNG), nun debate no que agromaron diversos asuntos de actualidade e numerosas asperezas, sobre todo entre o alcalde e o portavoz do PP. O rexedor, José García Liñares, debullou as principais cifras (3,6 millóns para bens correntes e servizos, 3,1 millóns para investimentos reais e 2,6 millóns en gastos de persoal como principais capítulos) e definiu as contas como “realista, solidario, austero, equilibrado e investidor”. Unha das accións previstas que máis destacou, xunto coa atención á rede viaria, é a creación dun viveiro de empresas no edificio do Centro de Desenvolvemento Tecnolóxico. Francisco Santos, portavoz do PP, reclamou “unha planificación integral do Concello” e considerou que o orzamento atende máis “peticións particulares” que “criterios técnicos”. Santos ve a Cerceda como un Concello “decadente” a pesar de ter manexado grandes cantidades de recursos.

García Liñares lembroulle ao PP que o Concello dispón xa dun plan estratéxico e botou man do crecemento do orzamento para pegar que o Concello estea en decadencia. Reprochoulle a Santos que falase de elevada presión fiscal “sen datos” e reiterou que o goberno valorará rebaixar o IBI no outono, cando dispoñan do novo padrón de contribuíntes.

Rocío da Igrexa (BNG) cuestionou que o alcalde falase de realismo cando xa pasaron varios meses do exercicio, negou que o orzamento fose solidario ao non contemplar o 0,7 % para estas causas ou que fose austero á vista dos gastos en atencións protocolarias. Tamén aprezou desequilibrios entre parroquias e reclamou máis políticas sociais e apoio á rehabilitación de viven-

das para manter a poboación nova. O alcalde defendeu que “temos que ser solidarios antes que nada cos de Cerceda” e que a Xunta tampouco chega ao 0,7 % solidario. Citou varias obras para negar que estean tratando mal as parroquias de Xesteda e Meirama e aprezou que o mellor para fixar poboación nova é a creación de emprego, afectada pola crise.

O caso do doble endoso eleva de novo a tensión dialéctica O ambiente do debate enrareceuse ao saír o caso do doble endoso das obras na vella estación de Meirama. O portavoz do PP utilizou termos como “desfalco”, “estafa” ou “prevaricación”. García Liñares advertiulle de que “de estafa fala vostede porque non hai ningunha sentenza que o diga” e reiterou que “nin sequera me imputaron, e quen primeiro denunciei na xustiza fun eu”. Aínda consignando fondos para poder cumprir a sentenza, o alcalde insistiu en que reclamarán ao banco e ao contratista. O tono, que non o nivel, foise

elevando e Santos preguntouse se o alcalde “cre que vimos aquí a rascar as bólas e a falar de prevaricación sen fundamento”. García chamoulle “terco” contra a realidade e máis tarde amagou varias veces con expulsar o edil do PP ante as continuas interrupcións da súa quenda de palabra. A portavoz do BNG lamentou os modos “tabernarios” de García e Santos e pediulles maior corrección. Outro asunto que trascende a raíz do pleno dos orzamentos son os case 80.000 euros que un antigo técnico urbanístico logrou nun pleito xudicial. Traballou para o Concello

entre 1976 e 1981, mediante un nomeamento honorífico e sen ser propiamente persoal municipal. Pero a xustiza recoñeceulle os trienios, que previamente lle negara a Seguridade Social. Polo demais, PP e BNG critican que dúas entidades deportivas, o club de fútbol Cerceda e o Patín Cerceda, reciban subvencións nominativas, mentres as demais teñen que concorrer nunha convocatoria competitiva. O alcalde expuxo que son as dúas entidades máis significativas e destacou que ningunha queda sen apoio municipal.

ORDES

Queixas por non poder utilizar a fonte de Esmorís desde hai meses Veciños e veciñas da zona de Esmorís (Buscás) quéixanse de non poder utilizar unha das fontes da zona desde hai uns meses. A explicación que lles deron, e que non cren, é que a partiu un raio. “O raro é que o raio só rompa onde a xente collía a auga, e aquí viña moita xente a collela, mesmo en coches, e en cambio

G

as tres casas de abaixo si a teñen”, di unha veciña. Sospeitan que hai alguén con interese en que a fonte non sexa utilizada, xa que tamén retiraron a pasarela de madeira que chegaba a ela. Agora só teñen a opción de encher as botellas nun regato. Aseguran que Augas de Galicia e o Concello de Ordes non fan caso.

Marcos Guerra Mengual Bernardo Guerra González

A CORUÑA c/ Asturias, 9 Lunes o Viernes - 11:00 a 13:30

ABOGADO - GRADUADO SOCIAL

CARBALLO c/ Fomento, 16 Entrs. Jueves - 11:00 a 13:30

G

ASESORÍA JURÍDICA

PREFERENTES

PENSIONES

SEPARACIONES

SEGURIDAD SOCIAL

CIVIL / HERENCIAS

Telf. 981 150 128

ORDES Rúa Compostela, 16 bajo Miércoles - 11:00 a 13:30

Fax 981 246 789


Crónicas - Maio 2016

8

Actualidade ORDES

CERCEDA

Elaboran un mapa de carencias no municipio para reclamarlles á empresa eléctrica e á Xunta

Unha charla ofrece consellos para reducir a factura da luz

Os distintos grupos políticos de Ordes trasladarán á Xunta de Portavoces municipais as carencias do servizo de subministración de electricidade que observen no concello. Co documento conxunto que se elabore, o Concello acudirá tanto á Consellería de Industria como á empresa eléctrica para reivindicar solucións. Este é cando menos o resultado do debate plenario dunha proposta presentada polo PSOE para instar a solucionar as deficiencias que aprezan no servizo no polígono empresarial de Merelle e na zona da Margarida, na parroquia de Buscás. Se se cumpren os prazos previstos, o texto conxunto que recopile os problemas en todo o municipio debería aprobarse no vindeiro pleno municipal, para a continuación iniciar os trámites ante a empresa eléctrica e ante a administración autonómica.

Verónica Gómez, portavoz do PSdeG-PSOE en Ordes, considera que as deficiencias nun servizo tan básico “poñen en risco o normal funcionamento das empresas ubicadas na zona” e tamén poderían “dificultar o asentamento de novas compañías no noso terreo industrial, algo fundamental para crear riqueza e xerar postos de traballo en Ordes”, afirma. No caso da Margarida, o PSOE asegura que a potencia eléctrica que ofrece Unión Fenosa na súa liña de media tensión non é suficiente, o que ocasiona cortes frecuentes no servizo e a imposibilidade de que se utilicen varios electrodomésticos á vez. A iniciativa referíase tamén á necesidade de modernizar a reforzar as conexións telefónicas para garantir un acceso a internet cun mínimo de calidade, dirixindo esta a proposta á Axencia Galega de Innovación.

A charla tivo lugar nas instalacións da biblioteca municipal de Cerceda

Ter claro o contido da factura da luz e saber lela e entendela para cerciorarnos de que non estamos pagando algo que non debemos ou incluso para saber como poder aforrar e pagar menos. Estes foron os aspectos que se trataron nunha charla informativa en Cerceda, organizada polo Concello e pola Fundación Axencia

Enerxética Provincial da Coruña (FAEPAC). A actividade, que se desenvolveu nas instalacións da Biblioteca Municipal de Cerceda, contou coa asistencia dunhas vinte persoas, veciñas e veciños do municipio, que aproveitaron a presenza dun especialista para interesarse por distintas opcións de aforro enerxético.

FRADES

OROSO

Rey insta a Medio Rural a reparar infraestruturas locais

A cafetería ‘Os 6 ríos’ gaña o concurso municipal de tapas

Entrega dos premios do concurso ‘De tapa en tapa’ a participantes e clientes Desde a esquerda, Ánxeles Vázquez, Roberto Rey e Manuel Ferreiro

O alcalde de Frades, Roberto Rey, presentoulle á conselleira de Medio Rural, Ánxeles Vázquez diversas necesidades de arranxo de infraestruturas no concello. Foi nun encontro en Santiago no que tamén participou o concelleiro de Economía e Medio Rural de Frades, Manuel Ferreiro.

A conselleira ofreceu colaboración nas melloras posibles. Como é habitual, a Xunta non detallou ningunha das necesidades tratadas na reunión. Simplemente se limitou a constatar o seu interese pola calidade de vida da veciñanza e que se trata dun municipio no que a gandería ten relevancia.

A cafetería ‘Os 6 ríos’ acadou o primeiro premio do concurso ‘De tapa en tapa’ do Concello de Oroso, coa súa preparación ‘O segredo dos 6 ríos’. O segundo posto foi para o ‘Bar Tapas’ cun ‘Milfollas de tenreira’. E o terceiro premio recaeu no ‘Sigu Café’ por unha tosta de lombo. No acto de entrega dos premios, tamén recibiron os seus aga-

sallos os clientes que votaron as tapas presentadas ao concurso e que resultaron agraciados no sorteo de vales de compra, artigos electrónicos, estancias de ocio ou lotes de produtos. O alcalde, Manuel Mirás, agradeceu a participación e comprometeu promoción para os sectores hostaleiro e comercial, pola súa relevancia para o emprego.


crónicas - Maio 2016

9

ActuAlidAde OROSO Mirás advirte de que “non conseguirá nada” e Doval fala de “caza de bruxas”

COMARCA

O ‘caso das ventás’ incendia as relacións entre o goberno e o PP

Ordes traballa para reactivar Protección Civil, que prestará o seu servizo tamén en Frades

Como terra queimada. Así están quedando as relacións entre o goberno de Oroso (PSOE) e o principal grupo da oposición (PP), a raíz do suposto caso de prevaricación administrativa polo que o alcalde e catro concelleiros tiveron que ir declarar ao xulgado. O asunto está relacionado coa factura da colocación de ventás no colexio de Sigüeiro, por un importe duns 5.000 euros, que se lle terían contratado a unha empresa e pagado a outra. Se xa durante os días do xuízo se producira o inevitable cruzamento de acusacións, a partir do Día das Persoas Maiores reavivouse o conflicto. O alcalde, Manuel Mirás, empregou parte da súa intervención para emprazar á oposición a “colaborar no labor de mellorar a calidade de vida da cidadanía en vez de enredar con asuntos que non resolven ningún problema da xente”. O alcalde, que vincula a denuncia co PP, defende en todo momento a “absoluta honradez” do seu equipo e afirma que o caso parte “dun sim-

O Concello de Ordes pretende reactivar a súa agrupación de voluntarios de Protección Civil, despois de varios anos de letargo. No recente pleno municipal, aprobouse unha solicitude de subvención autonómica para adquirir material para o servizo. Só votou a favor o PP, posto que a oposición abstívose ao carecer de tempo para estudar a proposta, á súa vez apremiada polos prazos marcados pola Xunta. A petición da axuda formúlase en conxunto co Concello de Frades, que tamén aprobou no pleno un convenio de colaboración con Ordes para que Protección Civil poida dar asistencia en determinados eventos multitudinarios no municipio. O alcalde de Frades, Roberto Rey, explicou que o Concello farase cargo da manutención dos voluntarios nesas xornadas e promoverá a participación de veciños na agrupación. A colaboración con Ordes facilita a consecución de subvencións.

ple erro material”. Mirás lamenta que o PP “coa súa maneira de proceder, está deixando quedar mal sen necesidade a unha pequena empresa do municipio”. A réplica do PP chegou uns días despois, acusando ao rexedor de “utilizar a Festa dos Maiores para facer política contra o Partido Popular”. O líder da oposición, Alexánder Doval, non eran “nin o lugar nin as formas adecuadas, e os veciños non teñen por que aguantar acusacións cargadas de mentiras contra o PP”. Para Doval, o alcalde tería que “explicarlle con toda claridade aos veciños que pasou en todo este asunto” en vez de “emprender unha caza de bruxas inxustificada”. Para o portavoz do PP, o realmente relevante “non é a persoa ou persoas que interpuxeron a denuncia, e si que hai realmente detrás desta denuncia”. “Dá a sensación de que o alcalde está un pouco nervioso -comenta o concelleiro do PP-, pola contra non se entende este ataque desmedido e sen sentido contra a oposición”. O

PP considera que Mirás está acusándoos sen probas. E engade que desde o primeiro momento ofreceron o seu respecto á presunción de inocencia do alcalde e dos concelleiros. ALUMNOS E TESTAFERROS A disputa non se detería aínda aí. O alcalde, mediante un comunicado, defendeu a súa “obriga de informar en todas as xuntanzas que teña cos veciños sobre os prexuízos que a oposición intenta ocasionarlle ao Concello mediante as difamacións, denuncias infundadas, infamias e mentiras”, coas que “non van conseguir nada”. Mirás acusou ao PP de utilizar un “testaferro”, integrante da súa candidatura electoral en 2011, para presentar a denuncia. E acusou a Doval de ser un “alumno avantaxado de Siverio”, o actual portavoz de Anova, que para o primeiro edil de Oroso “leva máis de vinte anos con denuncia tras denuncia, con toda a súa vida política sen facer nada polo pobo”, reprocha o alcalde.

PLAZAS LIMITADAS

EMPEZAMOS EN SEPTIEMBRE

CURSOS DE MASAJE PROFESIONAL

CLASES TEÓRICO-PRÁCTICAS PLAZO DE MATRÍCULA ABIERTO JULIO Y AGOSTO 35% de descuento

EN CERCEDA

INFÓRMATE: 610 794 823


10

Crónicas - Maio 2016

Actualidade MESÍA

O proxecto ‘Cultiva Mazás’ fomenta o emprendemento entre o alumnado do CPI

CERCEDA Cobre o inmenso oco da mina de lignito e abastecerá a comarca coruñesa

O lago de Meirama xa está cheo

Charla coa zoqueira Elena Ferro

Ou emprendemos ou desaparecemos. É practicamente o dilema sobre o que se move o proxecto ‘Cultiva Mazás’, que a Casa Grande de Xanceda impulsou, como parte da súa responsabilidade social corporativa, para favorecer a cultura emprendedora entre o alumnado de terceiro da ESO do CPI de Xanceda (Mesía). O proxecto, que está en marcha desde marzo e que nos vindeiros días rematará cos presentación final de proxectos e unha entrega de premios, ten por obxectivo fomentar o emprendemento como vía de futuro para combater a grave despoboación que está pacedendo o rural galego. Neste sentido, os responsables da Casa Grande de Xanceda lembran que cada ano desaparecen unhas trinta aldeas en Galicia. E citan tamén que Mesía foi o municipio da comarca ordense con menos nacementos en 2014, o que “é unha proba da urxente axuda que necesita o rural para sobrevivir”. Lonxe de caer no pesimismo, o programa educativo tratou de implicar os máis novos, dándolles a coñecer exemplos de emprendemento. Un deles foi o da zoqueira Elena Ferro, que lles explicou como transformou a zoquería tradicional que herdou nun éxito comercial, asentado na personalidade e a orixinalidade. Germán García, de Cortes de Muar, a gurú do emprendemento Rosa Cardeso, ou o xerente e socio da Casa Grande de Xanceda, Guillermo Martínez, foron algunhas das persoas coas que puideron compartir as experiencias emprendedoras e ampliar coñecementos. Por grupos, o alumnado desenvolve proxectos emprendedores, cos que aspiran aos premios finais de ‘Cultiva Mazás’. Algunhas das iniciativas que están deseñando son a produción de textiles ecolóxicos e sostibles, granxas de caracois ou bombas de baño. O fundamento de todos eles é o progreso do rural.

Na contorna do lago foron identificadas máis de 800 especies de flora e fauna

O lago de Meirama (Cerceda) xa pode considerarse como tal. Entre finais de abril e comezos de maio, deuse oficialmente por rematado o seu enchido, tras uns oito anos acumulando 143 hectómetros cúbicos. A enorme masa de auga cobre o oco da antiga mina de lignito, explotada durante máis dun cuarto de século para abastecer a central térmica de pro-

dución de electricidade. A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, achegouse ata Meirama para coñecer as actuacións de rehabilitación da mina, entre as que se atopa a conversión en lago e a adecuación da súa contorna, na que xa se teñen identificado máis de 800 especies zoolóxicas e botánicas. As utilidades lúdicas e turísticas

da zona son un dos aspectos nos que máis esperanzas poñen as administracións, en espazos como a praia artifical. Pero polo de agora non está definido en que condicións se poderá acceder á zona, máis os días 25, 26 e 27 de maio o Concello programou visitas guiadas, con inscrición previa. Non obstante, hai outra utilidade non menor, que será o emprego do lago como garantía de subministración de auga potable para a área metropolitana da Coruña. Cómpre ter en conta que o lago ten sete veces a capacidade do encoro de Cecebre. Nos últimos tempos, xa se executou unha captación a 15 metros de profundidade no lago, que se conectará co río Barcés. As canalizacións teñen executada unha primeira fase, a que se debía construír antes de encher a mina. Unha vez rematado todo o proxecto, estímase que estará asegurada a auga potable para unha poboación de ata 560.000 habitantes, duplicando a capacidade actual. Na visita, Mato estivo acompañada polo delegado xeral en Galicia de Gas Natural, Manuel Fernández Pellicer, e pola concelleira Begoña Rodríguez Rumbo, entre outros.

ORDES A Deputación ofrécese a buscar vías para garantir a súa continuidade

O proxecto Sementeira baralla comercializar parte da súa produción

Desde a esquerda, Jesús Codesido, Ánxela Franco e Clemente Boo

O proxecto Sementeira, que traballa pola integración social de trinta familias mediante o cultivo dunha parcela en Ordes, baralla a posibilidade de comercializar a parte da produción que supera as necesidades de autoabastecemento. É unha das liñas de futuro nas que

traballan, que trascendeu durante a visita da deputada provincial de Benestar Social, Educación e Políticas de Igualdade de Xénero. Ánxela Franco reuniuse co secretario de Cáritas de Ordes, Clemente Boo, e co párroco Jesús Codesido. Cáritas é a entidade que impulsou o proxecto. Á xuntanza

tamén acudiron o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, e a concelleira de Benestar Social, Susana García. No encontro estudáronse diversas vías para que o proxecto siga sendo viable como ferramenta de integración a través do traballo no agro. Segundo se comentou, a situación pola que atravesa A Sementeira é “complexa”. Ánxela Franco ofreceu o apoio da Deputación para estudar as diversas opcións de colaboración para que o proxecto siga adiante. “Trátase dun modelo de grande interese para a loita contra a exclusión social que merece ser apoiado”, afirmou a responsable provincial, que ademais das hortas da Sementeira visitou o almacén de alimentos e de roupa de Cáritas e o salón parroquial. O proxecto A Sementeira, que traballa uns 7.000 metros cadrados nas inmediacións do IES-1 cedidos por unha doante particular con este fin, inclúe tamén un plan de formación vinculado a unha bolsa de emprego para saídas laborais.


Crónicas - Maio 2016

11

Economía LEITE As cotizacións están dous céntimos por litro máis baixas que fai un ano

A axencia da cadea alimentaria ofrece investigar os prezos do leite A Axencia de Información da Cadea Alimentaria (AICA) comprometeuse a investigar de novo a situación do sector leiteiro, que arrastra xa varios anos con numerosos casos de venda a perdas e un peche continuo de granxas, ata baixas das 9.000 explotacións en toda Galicia. A compromiso coñeceuse logo dunha reunión do director da AICA, José Miguel Herrero, con varios responsables sindicais, entre eles a secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego, Isabel Vilalba. O SLG valorou a “receptividade” da axencia, pero á vez remarcou que as accións que emprendan tanto esta entidade como a Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC) “deben complementarse” con medidas do Ministerio e da Consellería para garantir a recuperación urxente dos prezos. Os responsables da COAG, na que se integra o sindicato galego, consideran que o que se está producindo é unha “vulneración total da legalidade vixente” e “unha serie de prácticas abusivas que están a causar a

PREZOS DO LEITE MARZO / FEBREIRO

(euros/litro) 0,282 Galicia 0,332 Andalucía 0,297 Aragón 0,327 Asturias 0,323 Baleares 0,452 Canarias 0,295 Cantabria Castela-A Mancha 0,319 0,307 Castela e León 0,309 Cataluña 0,314 Extremadura 0,310 Madrid 0,292 Murcia 0,306 Navarra 0,345 Euskadi 0,320 A Rioxa 0,317 Valencia

0,285 0,333 0,297 0,326 0,325 0,451 0,298 0,322 0,310 0,319 0,315 0,315 0,293 0,307 0,343 0,320 0,323

0,303

0,306

ESPAÑA Asistentes á xornada sobre o sector organizada polas ADSG de Mesía e Frades

ruína das nosas granxas, con prezos que non responden nin ao que custa producir o leite nin ás cotizacións dos mercados da contorna”, din. Reprochan tamén desde o sector que as administracións coñezan e “sigan consentindo” a imposición de prezos ruinosos. Poñen como exemplo declaracións do propietario de Leite Río, poñendo en dúbida que o

leite que se merca para leite en po, a prezos miserables, fose realmente para ese fin. Os prezos, por certo, non dan signos de recuperación. Segundo os últimos datos do Ministerio, en marzo de 2016 a media española foi de 30,3 céntimos, dous menos que un ano antes. E Galicia, a principal produtora, segue co peor prezo de España.

MEDIAS ESPAÑA MARZO 2013 0,338 2014 0,391 2015 0,323 2016 0,303

PRODUCIÓN MARZO 2015

2016

Galicia 224.751 tn 226.885 tn España 579.131 tn 606.913 tn Fonte: FEGA (04-05-2016)

ORDES O Concello fala de 32.000 visitantes a feira

Martínez aproveita Expo Ordes para reclamar apoio para o téxtil A multitude está garantida en Expo Ordes. Volveu suceder na edición deste ano, á que segundo o Concello acudiron unhas 32.000 persoas. A meteoroloxía axudou e as novidades da feira, con 160 expositores, contribuíron a acrecentar o interese. A inauguración contou coa presenza destacada do conselleiro de Economía, Francisco Conde. Ademais de asinar no libro de honra e de visitar toda a exposición, tivo que atender a demanda dun plan de apoio ao sector téxtil de Ordes, formulada polo alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo. O conselleiro asumiu “a importancia que o téxtil ten para este lugar”. Ao día seguinte, o protagonismo recaeu na Mancomunidade, como é habitual na xornada do sábado, e no emprego. A feira multisectorial recibiu a visita da secretaria xeral de Emprego da Xunta, Covadonga Toca. A comitiva detívose especialmente no expositor do Consello Galego de Cooperativas e no Salón de Moda e Eventos, unha das grandes novidades deste ano, que se desenvolveu

con considerable acollida no pavillón do Campomaior. Non quedou sen relevancia o sector primario, cunha ampla exposición de maquinaria agrícola nas inmediacións do centro de saúde. Foi visitada pola directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, que aproveitou para facer reparto de leite no posto promocional do leite 100 % galego. As novidades empresariais e comerciais son un importante reclamo, pero o domingo demostrouse de novo que a gastronomía non o é menos. A degustación do champiñón encheu bares e restaurantes, convertíndose de novo no gran motor da festa. A feira multisectorial dálle espazo ao mundo empresarial e económico. Pero tamén ao campo asociativo, con numerosas entidades interesadas en dar a coñecer a súa actividade. Unha boa mostra é a da Asociación Española Contra o Cancro, que este ano acadou un récord de recadación: 3.032 euros. A entidade agradeceu todos os apoios.

O conselleiro de Economía participou na inauguración de Expo Ordes 2016

A degustación do champiñón levou numerosas persoas á vila na xornada o domingo


12

Crónicas - Maio 2016

xente dE aquí

ENTREVISTA Quique Vidania, veciño de Ordes de orixe canaria que este 27 de maio emprende ‘Quique on the road’, unha via

“Creo que con todos os sentidos e sentido Quique Vidania, de orixe canaria, leva unhas semanas residindo en Ordes. E dentro duns días, o 27 de maio, emprenderá unha das aventuras da súa vida: viaxar en solitario coa súa moto Ducati 1200 ata Rusia previamente pasando por Francia, Italia, Croacia, Bulgaria, Turquía e Xeorxia. A volta será polos paises bálticos. En definitiva, 12.000 quilómetros e 17 países en 24 días. - Por que esta viaxe? Cal é a moti- pasar o país. En caso de que non o vación de poñer en marcha ‘Quique cruces nese tempo, pódente deter on the road’? por estar en situación irregular. Ou- Desde que nacín crieime ro- tra posibilidade que dan é un visado deado de motos, cascos, traxes, lu- para máis días, pero non teñen emvas.... os meus pais na súa viaxe de baixada en España. Tería que enviar o noivos no ano 1975 foron en moto pasaporte a Francia ou Inglaterra así por Europa, logo co paso dos anos que elimineino. E como última opviaxaron por toda Europa e Norte ción que me quedaba era entrar en América moitas veces. Con motivo Rusia polo sur previamente pasando dos Xogos Olímpicos de Moscova por Turquía e Xeorxia. 1980, fóronse nunha Honda GoldAs rutas non as programo, só teño wing 1000 ata Moscova pero na fron- contratado os hoteis desde aquí ata teira polaco-rusa (hoxe Ucraína), im- Moscova. Á volta si improvisarei; é pedíronllelo a pesar de levar todos máis, desde Varsovia ata a casa aínda os papeis, visados e demais en regra non sei por onde baixarei. Decidirei coa embaixada rusa en Madrid. no último momento. Así que sempre tiven o obxectivo Quero que sexa unha viaxe de de chegar a Moscova na miña ca- aventura pero con cabeza, así que beza. fago un mix entre planificación e imO pasado mes de abril cumprín provisación. 40 anos, desde hai moito tempo penDe todas as etapas, si hai uns sisaba que para unha data tan sinalada tios que me planifiquei para fotogratería que facer algo que me enchese farme coa miña moto: o casino de interiormente e que o lembrase o Montecarlo, a poboación croata de resto da miña vida. As miñas dúas Senj desde a que hai a mesma dispaixóns son as motos e viaxar, así que tancia ao Ecuador que ao Polo Norte unindo as dúas sería o meu agasallo. (5.000Km), A Mesquita Azul (EstamO nome ‘Quique on the road’ na- bul) e a Praza Vermella de Moscova. ceu o pasado febreiro nunha tarde - Cal cre que vai ser a maior difien casa dos meus cultade para compais nunha ‘brapletar todo o pe“Quero que sexa unha instorming’ entre riplo? a miña nai, a miña - En situaviaxe de aventura pero irmá, a miña mución normal, refícon cabeza, un mix ller e eu mesmo. rome sen probleentre planificación Aínda que o mas mecánicos e proxecto levaba visto desde a dise improvisación” na miña cabeza tancia, creo que dous anos collendo forma. as maiores dificultades ou temores - Como planificou a ruta? Está son varios: a entrada e circulación todo suxeito a un guion ou deixa en Estambul e Moscova, quedarme moita marxe á improvisación, á sen gasolina aínda que levo un depóaventura? sito auxiliar... pero sobre todo o paso - O principal obxectivo estaba fronteirizo entre Xeorxia e Rusia. claro: chegar a Moscova. E o segundo Estes dous países non tiveron obxectivo era ir por unha ruta e vol- boas relacións, o único paso fronver por outra diferente, non polo teirizo aberto atópase nun porto de mesmo sitio. Debido á situación polí- montaña ao que se chega pola ‘militica que estamos a vivir en Europa as tary higway’. Só o nome pon os pealternativas que me quedaban eran los de punta, unha vez que chegas tépoucas. Nun principio tiña pensado ñente entre catro e cinco horas con ir por Ucraína e volver polos Bálticos, papeis e revisando a moto ata que por mor da guerra que manteñen cos pasas a fronteira. seus veciños rusos tiven que refugar O resto con todos os sentidos e esa idea. con sentido común creo que sería suOutra opción era por Bielorru- ficiente. sia, pero atopeime co problema que - Ten experiencia en proxectos siche dan un permiso de 48 horas para milares previos?

Vidania é un grande afeccionado ao motociclismo. Ten ido a todos os Grandes Premios de España, Eu riencias que recolle no blog www.grandespremiosdemotos.com, no que tamén están recopiladas entre Lorenzo, Jorge Martínez ‘Aspar’, Nicky Hayden, Julito Simón ou Andrea Dovizioso, publicadas no perió

- Desta envergadura e transcendencia non teño. Si viaxei en moto pola Península Ibérica, a Costa Azul, Suíza e Austria. Hai dous anos subín ata Inglaterra para cruzar á Illa de Man. - E na casa, que lle din? - O pasado febreiro fun á casa, nas Palmas de Gran Canaria, unha fin de semana para presentarlles á miña familia, muller e amigos a viaxe que levaba preparando dous anos. Quixen que fose sorpresa e que todos o coñecesen á mesma vez. Ninguén sabía nada do percorrido, algúns sabían que tramaba un viaxe pero descoñecían o seu contido. Os meus pais están encantados con que o faga, a miña muller preocupada pero como sabe que é un soño meu apóiame. E os meus amigos cren que estou como unha cabra. Todos me coñecen ben e saben que teño un punto de tolemia/aventura pero sen perder o norte. - Pensarao dúas veces a última hora? - Non en absoluto. Levo dous anos preparándoo e gastado moito tempo, esforzo e diñeiro para botarme atrás a última hora. Non te vou enganar di-

cindo que durmirei a perna solta os días previos á saída porque mentiría. Terei ese cosquilleo na tripa de nervios, pero unha vez que pasen as primeiras horas ou mesmo os primeiros días pasarame. - A Ducati Multistrada 1200 resistirá? Cal é a historia desta moto? - Todos os grandes viaxeiros en moto que coñecemos nas redes sociais e incluso nos medios de comunicación van en BMW, outras pero menos en Honda. En Ducati só coñezo a un mozo de Buenos Aires que foi ata Alaska e outro de Varsovia que está a dar a volta ao mundo. Os dous coa mesma moto que a miña. Teño entendido que en caso de chegar a bo porto sería o español que máis lonxe foi cunha Ducati. Tendo a moto ao día das revisións, coidándoa, mimando a cadea e non forzándoa creo que aguantará. De todas as maneiras estou en contacto con Ducati Bulgaria en Sofía para cambiar gomas alí e logo en Varsovia aceite e filtro. Está moto nace en 2010 en plena crise económica mundial, as vendas de motos caían en picado e Ducati necesitaba sacar un modelo que rom-


Crónicas - Maio 2016

13

xente dE aquí

axe en solitario en moto cun itinerario de 12.000 quilómetros de lonxitude por toda Europa en 24 días

o común será suficiente para esta viaxe”

Para ir ata Moscova, o proxecto ‘Quique on the road’ atravesará España, Francia, Italia, Croacia, Bulgaria, Turquía, Xeorxia e Rusia. A volta será por unha ruta diferente, a través dos países bálticos, Polonia, a República Checa, Alemaña e Francia.

uropa, Malasia, Qatar, USA e a illa de Man. Son expeevistas súas a grandes pilotos como Marc Márquez, Jorge ódico ‘La Provincia’.

pese o mercado, pensaban nunha moto de enduro, unha de velocidade, unha de turismo ou unha para a cidade. E como non se decidían, os enxeñeiros e o departamento comercial e financeiro decidiron facer catro motos nunha de 1.200 cc e chamárona Multistrada 1200. - E vostede, como se preparou física e mentalmente para esta xesta? - Dá a casualidade que acabo de subir un vídeo á miña canle de You-

tube coa preparación física. Fisicamente levo desde mediados de xaneiro en serio. Debido á climatoloxía paseime moitas horas no ximnasio correndo en cinta e elíptica. Nestes dous últimos meses engadín exercicios de pesas para as costas e ombreiros. Ademais unha vez á semana xogo ao baloncesto. Mentalmente non me preparei nada en especial, creo que cando levas algo cociñando na cabeza dous anos, sen darte conta xa estás preparándote mentalmente. Ademais, se engades ilusión e que na casa te está esperando familia, muller e un neno de catorce meses non necesito máis. - Como se poderá seguir esta viaxe? Actualizará as súas redes sociais con frecuencia? - Como comentaba anteriormente, ‘Quique on the road’ nace o pasado mes de febreiro, créase para iso unha canle de YouTube e unha páxina de Facebook, ambas as dúas co nome ‘Quique on the road’. Ade-

mais, está o meu twitter persoal (@ Quique_vidania). Ata o día da saída todas as semanas vou subindo fotos ao Facebook dos preparativos, da moto, do visado, do casco.... E todos os domingos subo un vídeo á canle de Youtube onde se pode ver: a presentación da viaxe, a preparación da moto, o curso de primeiros auxilios que fixen en colaboración co Motoclub Milli Riders impartido polos Bombeiros de Galicia, orzamento, rutas... Durante a viaxe subirei comentarios e algunha foto diariamente na páxina de Facebook ‘Quique on the road’. - Con que colaboracións conta? Que pode facer unha persoa ou empresa interesada en apoialo? - Non conto con ningunha colaboración económica. É algo que quero facelo por e para min sen ter que deber nada a ninguén, non ‘hipotecarme’ as miñas horas libres diarias en subir crónicas para xustificar as

colaboracións. Si é certo que me axudaron con consellos e preparación de dispositivos na moto algúns amigos, como son Leige, Toni e Noe, do club Ducatista de Galicia e Ducati Madrid. - Como chegou ata Ordes un canario, cando quizá o máis habitual é que a emigración laboral sexa en sentido inverso? Adáptase a este pobo ou xa o aborrece tanto que decidiu poñer 12.000 km polo medio? - Os canarios tamén fomos emigrantes, sobre todo a Venezuela e Cuba. O meu foi por motivos laborais. Hai dous anos e medio trasladáronme a Melide, onde estiven vivindo ata marzo e por Ordes levo desde primeiros de abril. A verdade é que me estou adaptando bastante ben. A xente acólleme estupendamente, tanto os meus compañeiros de traballo como os cidadáns. O que peor levo é a humidade, que se me mete no corpo en novembro e queda ata maio.


14

Crónicas - Maio 2016

xente dE aquí ORDES

OROSO Proxecto socioeducativo fronte á discapacidade, dunha estudante de Cardama

Remata unha nova tanda dos cursos de informática

Traballar cun caso real, mellor que un exame

Entrega dos diplomas acreditativos

Unhas corenta persoas participaron nos cursos de informática desenvolvidos polo Concello de Ordes no último trimestre. Despois de varias semanas de clases, recibiron os diplomas acreditativos de mans dos concelleiros Susana García e José Manuel Mira. Varios dos alumnos e alumnas comentaron que o primeiro día de clase non sabían nin como se acendía o ordenador. Durante estes meses cambiaron radicalmente a situación e familiarizáronse co seu manexo, coa utilización das ferramentas ofimáticas máis habituais e tamén coas posibilidades de formación, interrelación social e ocio que ofrece internet.

Nuria Calvo, veciña de Cardama (Oroso) e estudante de Educación Social na Universidade de Santiago, tivo un dilema coa materia de ‘Acción socioeducativa nas discapacidades’. Ou ía ao clásico exame ou preparaba un proxecto para desenvolvelo cun caso real. A elección tívoa clara, preferiu o contacto coa realidade, porque en tres anos de estudos universitarios “nunca tivera a oportunidade de achegarse tan de preto ao campo de traballo da súa profesión”. O proxecto, realizado para a materia que imparte a profesora Yesshenia Vilas Merelas, consistiu en iniciar á lectoescritura a unha persoa que sofre unha deterioración cognitiva. A intención é mellorar a súa calidade de vida diaria e incrementar a súa autoestima. A actividade acometeuna durante cinco semanas en Vite (Santiago de Compostela), nas aulas de estimulación cognitiva coas que conta alí a Asociación Galega para a Axuda dos Enfermos con Demencia tipo Alzheimer (AGADEA). Calvo explica que aplicou métodos innovadores e que partiu das necesidades específicas da persoa destinataria da intervención, o que mellorou os resultados. Cunha metodo-

Nuria Calvo efectuou o seu proxecto cunha persoa con deterioración cognitiva

loxía participativa, engade, fixo que a persoa se implicase máis en todo o proceso de aprendizaxe. Tecnicamente, é a chamada pegadoxía Montessori, que naceu na aprendizaxe infantil pero demostrou tamén efectividade no ámbito das demencias. A clave, tal como describe a estudante de Oroso, é que os protagonistas dirixan a actividade e que o profesional

sexa máis ben un supervisor e guía. Calvo indica ademais que foi moi importante determinar as necesidades da persoa beneficiaria para elaborar unha intervención individualizada. A estudante ten claro que estes proxectos son unha boa maneira para capacitarse e exercer a profesión de maneira adecuada cando acceda ao mercado laboral.

ORDES

OROSO

O ‘Fotoimpresionismo’ de Xosé Rivera chegou ao Museo do Traxe

Publicacións de Oroso, doadas a bibliotecas de Estados Unidos

Numeroso público acudiu ao acto de apertura da exposición fotográfica

O fotógrafo e artista visual ordense Xosé Riveira levou a súa exposición ‘Fotoimpresionismo’ ata o Museo do Traxe Juanjo Liñares. Foi por uns días, posto que despois a mostra trasladouse ata o recinto de Expo Ordes. No acto de apertura, Rivera apareceu caracterizado como Vi-

cent Van Gogh e ofreceu unha performance na que disertou sobre o impresionismo e sobre as técnicas fotográficas que utilizou nas creacións da exposición. O resultado foron ilusións ópticas preconcebidas, que logra sen programas informáticos de retoque ou efectos visuais.

Varias publicacións da asociación cultural Obradoiro da História e do Concello de Oroso están xa dispoñibles en prestixiosas bibliotecas de Estados Unidos. A ‘New York Public Library’, a ‘Brooklyn Public Library’ e a ‘Library of Congress’ en Washington recibiron exemplares de ‘Victorino Verea: Imaxes contra o esquecemento’ ou ‘San Martiño de Marzoa: imaxes para o recordo’. O máximo responsable destes e doutros traballos, o historiador Manuel Pazos, responsable do Arquivo Municipal de Imaxes de Oroso, efectuou as doazóns nunha recente viaxe ás dúas principais cidades da costa leste dos Estados Unidos: Nova Iorque e Washington. Pazos explica que “foron moi receptivos, pois as publicacións fotográficas son moi aprezadas nos Estados Unidos”. O catálogo sobre o fotógrafo Victorino Verea, de Oroso, segue así espallándose por todo o mundo. Xa foi distribuído en lu-

Manuel Pazos, ante a Biblioteca de Brooklyn, en Nova Iorque

gares de toda Galicia, en Madrid, en Barcelona, en Lisboa, en París, en Londres, en Bos Aires... Un labor excepcional que permite que a historia e a cultura de Oroso poida ser consultada pola inxente cantidade de usuarios das bibliotecas e centros culturais máis relevantes do mundo.


Crónicas - Maio 2016

15

xente dE aquí ORDES O IES lanza unha sonda á estratosfera

Talento a 30.000 metros de altura no Maruxa Mallo

Meses de traballo e esforzo poden estropearse nun segundo, pero todo foi preparado ao milímetro e nada fallou. Os alumnos e alumnas de terceiro da ESO do IES Maruxa Mallo de Ordes lanzaron con éxito a súa sonda estratosférica, ante a mirada de centos de persoas, entre os demais estudantes do centro, docentes, nais e pais, e representación política. O 13 de maio, unha semana antes do previsto inicialmente, a sonda ascendeu sen problemas os 30.000 metros de altura previstos, elevada por un globo de helio, grande pero sinxelo. Logo iría descendendo e o seu periplo rematou nun punto entre Forcarei e A Estrada, na provincia de Pontevedra. O lugar da aterraxe puídose coñecer grazas ao GPS que lle

incorporaron ao artiluxio. Integrantes do equipo acudiron ao lugar para recuperar o material. O proxecto ‘Marumasat, cos pés no chan e a mirada nas estrelas’ recolleu datos científicos para o estudo da atmosfera. Non obstante, a súa maior utilidade é contribuír á aprendizaxe, nun proceso no que os mozos e mozas do centro se involucraron ao máximo e demostraron todo o seu talento. Distribuídos en comisións, encargáronse de todo: deseño, fabricación, preparación do lanzamento, ensaios, difusión social do proxecto... É a primeira iniciativa destas características que a comunidade educativa efectúa na comarca. O proxecto contou co apoio do te-

Se queres que se entere toda a comarca, anuncia as túas festas en Crónicas Ofertas especiais para comisións Infórmate no 617 917 130

cido comercial e empresarial da zona, posto que se desenvolveu unha campaña de captación de fondos para poder levalo a cabo. Tamén colaboraron o Concello de Ordes e a Consellería. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, máis a concelleira de Educación, Susana García, asistiron ao lanzamento, acompañados polo delegado provincial de Educación, Indalecio Cabana, e un inspector de zona, Félix Perujo. Por certo, o lanzamento non esqueceu a proximidade da celebración do Día das Letras Galegas. A sonda levou colgada unha imaxe de Manuel María, o autor homenaxeado neste 17 de maio. “Nunca un poeta galego subiu tan alto”, bromeou un dos profesores de literatura galega do instituto.

Civil

Penal

Divorcios Reclamaciones de cantidades División de herencias Accidentes de tráfico Propiedad horizontal

Laboral

Bancario Cláusulas suelo Impuestos Reclamaciones

Consultoría jurídica

Nuevas tecnologías Protección de datos Comercio electrónico

Fiscal y financiero

Administrativo

Elaboración planes de cumplimiento para empresas (compliance officer)


Crónicas - Maio 2016

16

xente dE aquí OROSO

TORDOIA

Premian as investigacións sobre o Camiño Inglés

Festa do Rixón por San Cidre

Os premiados incidiron na necesidade de potenciar o Camiño Inglés

O Concello de Oroso entregou os premios do seu primeiro Certame Internacional de Investigación do Camiño Inglés. Corresponderon a Óscar Perea, na Universidade de Lancaster, e a Paula Cadaveira, na Universidade de Santiago. Os seus traballos coincidiron no tema, a peregrinación de Juan de Gante, polo que o xurado optou por repartir entre os dous o primeiro premio. O concurso distinguiu tamén

os traballos de tres peregrinos e de tres menores de idade, e entregou premios especiais á mestra Eva Castro, ao historiador Manuel Pazos e a Adriana García, Ángela Pita e Sara Pose. Na entrega de premios participou o alcalde, Manuel Mirás, xunto a varios concelleiros, o xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, o director de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, e o presidente de Pazos de Galicia, Javier Goyanes.

Tordoia celebrou a Festa do Rixón na xornada de San Cidre. Tras a misa e a procesión, numerosas persoas participaron na degustación de 150 quilos de rixóns.

FRADES

TORDOIA

Percorrido por Segovia e Ávila para os veciños de Frades

Unha viaxe municipal leva 55 persoas á Rioxa e a Burgos

Participantes na viaxe, retratados ante o acueducto de Segovia

Os viaxeiros percorreron lugares de interese turístico no lugar de destino

Durante unha fin de semana, 53 persoas participaron na excursión a Segovia e Ávila organizada polo Concello de Frades. Algúns dos lugares que visitaron foron Arévalo, Pedraza, Segovia e Ávila.

Unha excursión organizada polo Concello de Tordoia levou de viaxe a cincuenta e cinco veciños e veciñas do municipio polas zonas da Rioxa e de Burgos. O principal destino do auto-

Como paradas destacadas, hai que mencionar museos, templos relixiosos, centros didácticos, monumentos e unha obra de enxeñería civil tan emblemática como o acueducto segoviano.

bús fletado para a saída foi a capital rioxana, Logroño, e tamén a cidade burgalesa, e tamén tiveron tempo para a imprescindible visita a unha das múltiples adegas da zona, neste caso en Haro.


Crónicas - Maio 2016

17

xente dE aquí OROSO Tiveron que aprazarse as actuacións musicais do sábado, pero a festa repartiu 3.500 quilos de troita

O mal tempo non respectou o vixésimo aniversario da Troita A meteoroloxía propia dunha primavera tan variable como a que estamos tendo desluciu a Festa da Troita en Sigüeiro (Oroso), que este ano chegou á súa vixésima edición. A principal consecuencia é que unha parte do público desistiu de acudir, pero tamén se puido comprobar que é unha celebración gastronómica con moitos asiduos a proba de vento e chuvia. Non menos reseñable é que as actuacións musicais de dúas orquestras o sábado pola noite tiveron que aprazarse. O Concello considerou que non se reunían as condicións de seguridade necesarias. Máis adiante confirmará a nota data. De todas as maneiras, houbo festa e milleiros de persoas deron conta de máis de 3.500 quilos de troitas, entre a degustación ofrecida polo Concello e a corentena de bares e restaurantes que as ofreceron coas consumicións. O pregón deste ano tivo como protagonista un político. Foi o novo presidente da Deputación da Coruña. O socialista Valentín González Formoso aludiu ao carácter “perse-

verante” da troita e atribuíu tal cualidade ao municipio de Oroso e á súa capacidade de medrar. O alcalde, Manuel Mirás, que na Festa da Troita nunca dá discursos, limitouse a destacar os dous decenios da festa: “a primeira vez que a organizamos augurábanlle poucos anos de vida”, lembrou. A representación institucional completárona o presidente da FEGAMP, Alfredo García; e a presidenta da Cámara Municipal de Góis -localidade portuguesa irmandada con Oroso-, María Lurdes Oliveira, entre outros. Do municipio luso tamén acudiu un grupo de hostaleiros, co propósito de coñecer a organización e o desenvolvemento da Festa da Troita de Oroso para despois avaliar a posibilidade de organizar unha celebración semellante en Góis. En canto ao concurso de pesca, volveu gañar Yago Mazás, seguido de José Rabuñal e Antonio Andrade. Na categoría infantil, o primeiro posto acadouno Pablo Martínez, seguido por Álex Espiñeira e José Ángel Bruzos.

A degustación ofrecida polo Concello contou con moita afluencia de público

Entrega dos trofeos do concurso de pesca, en categorías xeral e infantil

NORSERCO S.L. desenvolve a súa actividade no campo das obras ambientais e civís de diversa índole (forestais, restauracións paisaxísticas, infraestruturas rurais, agrícolas e gandeiras, obras públicas, de urbanización, de xardinería, etc) ademais da Consultoría e Enxeñaría, contando con sobrada experiencia nestes sectores.

norserco sl

Temos unha empresa en común:

Galicia máis habitable, máis sostible. Naturalmente


18

Crónicas - Maio 2016

xente dE aquí FRADES

OROSO A difusión dunha foto escolar propicia un encontro de veciñas da parroquia

Imparten un curso sobre o cultivo ecolóxico da horta ata mediados de xuño

As nenas de Trasmonte, 48 anos despois

Clase teórica do curso formativo

Preto de trinta persoas participan en Frades nun curso sobre horta ecolóxica, organizado polo Concello como continuación dun anterior sobre poda e enxertos. Neste caso, son clases teóricas e prácticas, que en total suman trinta horas lectivas. Desenvólvese todos os sábados ata mediados de xuño, a teoría na sala polivalente municipal e as prácticas nunha parcela do Concello. O coñecemento das plantas, as propiedades e coidados que debe recibir o solo, o control de pragas e de malas herbas de xeito natural, a rotación de cultivos ou os fertilizantes son algúns dos contidos impartidos no curso.

Pasaron 48 anos e non pasaron en balde. As nenas que en 1968 acudían á hoxe desaparecida escola de Trasmonte, que por aquel entón segregaba por sexos, reencontráronse hai unhas semanas. A foto repetiuse con practicamente todas, a non ser a mestra María Luísa Pérez López, xa por aquel entón unha veterana. O que serviu de detonante para promover a xuntanza foi a publicación da foto na revista ‘Memoria de Oroso’, editada polo Arquivo Histórico de Imaxes do Concello. A organización non foi doada, posto que moitas delas xa non residen no municipio e perderaselles a pista. Viñeron de toda Galicia e mesmo de Madrid ou Euskadi. Cando menos na vontade quedou a intención de repetir o xantar, no que agromaron lembranzas como as ensinanzas que impartía a mestra, ou os hábitos de rezar o rosario ou cantar o himno falanxista na aula, que tiñan que limpar as alumnas de maior idade.

Alumnas e mestra da escola de nenas da parroquia de Trasmonte, en 1968

O reencontro foi laborioso porque moitas xa non viven en Oroso (foto: Silvia Suárez)

CERCEDA

COMARCA

A programación municipal inclúe novas excursións para os vindeiros meses

Un programa para que os máis novos respecten os animais

O Concello de Cerceda programa varias saídas e excursións para os vindeiros meses. Despois da viaxe a Fisterra, de primeiros de maio, os vindeiros destinos serán Asturias (3, 4 e 5 de xuño), Padrón (12 de xuño), as Illas Cíes (2 de xullo) e O Grove (10 de setembro). A viaxe a Asturias inclúe visitas ao Museo da Minería, Oviedo, Covadonga, Cangas de Onís, Villaviciosa, Gijón e Cudillero. Custa 150 euros por persoa en cuarto doble e 175 euros en cuarto individual. No caso da visita ás Cíes, o prazo de inscrición remata o 20 de xuño. Os prezos van desde os 20 ata os 35 euros, dependendo das idades e de se se opta por xantar coa viaxe ou por libre. A saída será ás 7:30 desde o Concello. Tras pasar a xornada nas illas, o retorno a Cerceda será sobre as 21:30 horas. Para a viaxe ao Grove (35 euros), as anotacións comezan o 9 de agosto.

A alcaldesa, co conselleiro de Sanidade tras asinar o convenio do centro de saúde

O programa ‘Un can, un amigo’ está chegando durante estas semanas aos distintos centros educativos da comarca para fomentar os valores solidarios e de responsabilidade contra o abandono e o maltrato dos animais. Esta acción, que levan a cabo a Asociación de Amigos da Canceira de Ordes ‘Segunda Oportunidade’ e a Casa Grande de Xanceda, conta coa colaboración dos sete Concellos da comarca ordense. Mediante charlas, encontros e difusión de material didáctico e informativo propio, pretende explicar aspectos como as causas do abandono de animais, a función das canceiras, a adopción como vía responsable á hora de facerse cunha mascota ou a responsabilidade que implica o coidado dun animal. Os valores cívicos, a aplicación dun sistema moral adecuado, o respecto e a solidariedade son as bases do proxecto.


Cr贸nicas - Maio 2016

19

PUBLICIDADE


Crónicas - Maio 2016

20

xente dE aquí OROSO

O Día das Persoas Maiores supera os 600 participantes

ORDES

A movida do Campo da Feira, por un día en mans dos maiores

O encontro celebrouse no polideportivo municipal en Sigüeiro

Os bailes ao son dun grupo musical estiveron moi animados toda a xornada

A celebración do Día das Persoas Maiores do Concello de Oroso superou os seiscentos participantes no polideportivo municipal en Sigüeiro. Misa, xantar e festa integraron o programa do encontro, no que o alcalde, Manuel Mirás, agradeceu a asistencia. O rexedor aproveitou para anunciar que tratarán de incre-

A Xuntanza de Maiores de Ordes congregou a 830 persoas no Campo da Feira. Como é habitual, foi un evento coa máxima diversión. Xa nada máis acabar a misa, comezaron os bailes, incluso antes de xantar. Tras responder ante a mesa, volveu a farra, uns de novo na pista de baile e outros encontrándose con veciños, amigos e

mentar as prestacións do departamento de Servizos Sociais, en concreto o servizo de axuda a domicilio. Tamén ofreceu ampliar a programación de actividades nas parroquias onde exista demanda. E animou aos maiores a acudir aos ‘Martes Saudables’, un ciclo de charlas sobre calidade de vida do que Mirás destacou a boa acollida.

coñecidos da propia parroquia ou doutras do municipio. O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, destacou que esta actividade “permite poder vernos todos e pasar un bo momento na compañía de persoas que doutro xeito sería difícil de ver”. O rexedor garantiu a continuidade da celebración.

FRADES

ORDES

Rematan dous cursos de cociña

Os máis novos en ‘Galicia máxica’

Remataron en Frades senllos cursos de cociña impartidos en Galegos e na Pontecarreira. Participaron unhas trinta persoas en total durante un trimestre.

O alumnado dos colexios Campomaior e Castelao de Ordes visitaron ‘Galicia Máxica’ no Museo do Traxe. A exposición, que pechou o 10 de maio, recolle imaxes tomadas hai medio século na comarca polo etnógrafo danés Gustav Henningsen.


Crónicas - Maio 2016

21

DEPORTES Tania Gándara proclámase campioa no Torneo de Taekwondo da USC

TAEKWONDO Éxitos das deportistas locais nos campionatos de España

Ramos, prata en sub 21, e Gacio, bronce en cadete

Ainhoa Ramos Manteiga

Para parte dos deportistas da comarca era o seu primeiro campionato de España

Tania Gándara suma outro éxito en competición. Esta vez proclámase campioa do Torneo de Taekwondo da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Venceu no combate final a Lucía Vieitez , do Club Sares Cangas.

Dúas deportistas da comarca, Ainhoa Ramos Manteiga e Sara Gacio Cendal, asinaron extraordinarios resultados nos Campionatos de España 2016 de Taekwondo disputados hai uns días en Valencia. Ramos Manteiga logrou a medalla de prata na categoría sub 21, mentres que Gacio Cendal acadou o bronce na categoría cadete. As dúas

formaban parte da selección galega e demostraron un excelente rendemento competitivo. Aínda que non tiveron tanta sorte, pero tamén tiveron moi boas actuacións sendo o seu primeiro ano en cadetes, acudiron a este campionato Manuel Castro Rodríguez, Claudia Diéguez Veiras e Carla Diéguez Veiras.

Sara Gacio Cendal

PATINAXE ARTÍSTICA Participaron os equipos dos colexios de Ordes e de escolas deportivas e entidades da zona

A exhibición ordense enche o Castelao I A sexta Exhibición de Patinaxe Artística do Concello de Ordes sumou máis de 300 patinadores e patinadoras de distintas idades no pavillón Castelao I. Encargáronse de abrir o espectáculo os equipos de ximnasia rítmica dos colexios Campomaior e Castelao, aos que sucederon os patinadores dos dous centros e do Mesón do Vento, as escolas municipais de Tordoia e Baio, o colexio Torrente Ballester de Cambre e os clubs da Costa da Morte e Galia de Ordes. Este último encargouse da organización, xunto co Concello e coa empresa Adestra Servizos Deportivos. Da xornada destacou a posta en escea da patinadora local Alba Diéguez, unha promesas máis relevantes desta modalidade deportiva de toda Galicia. Recibiu intensos aplausos do público, entre o que se atopaban catro concelleiros do goberno municipal: Beatriz Martínez, José Manuel Rodríguez, Susana García e Luís Caamaño.


22

Crónicas - Maio 2016

DEPORTES XADREZ Foi líder continuamente desde a primeira xornada de competición

FÚTBOL SALA

O Club Xadrez Oroso gaña a liga galega de terceira división e ascende á segunda

O XIX Intermunicipal dispútase en Tordoia esta fin de semana

Integrantes do Club Xadrez Oroso en diversas competicións ao longo dos últimos meses, moi positivos para a entidade

O Club Xadrez Oroso proclamouse campión da Liga Galega de Xadrez 2016 en terceira división, despois de estar líder desde a primeira xornada de competición, en xaneiro. Son once semanas como líder en solitario, cun balance de 33 victorias, catro empa-

tes e sete derrotas. O campionato conleva tamén o ascenso á segunda división para a vindeira tempada. Este ano, o Club Xadrez Oroso contaba con tres equipos na Liga Galega, dous en terceira e o outro en cuarta. O equipo de cuarta efectuou tamén

unha moi boa tempada, con trece victorias, dous empates e tres derrotas. Nas últimas semanas, destaca tamén nesta entidade deportiva que o xogador Nicolás Gómez acadou 2,5 de 3 puntos representando o club no Intercomarcal Xogade 2016.

O XIX Torneo Intermunicipal de Fútbol Sala celébrase esta fin de semana do 28 e 29 de maio en Tordoia, con participación de equipos de Santa Comba, Outes, Ordes, Tordoia (representado polo Anxeriz Futsal), Trazo, Teo, Touro, Vedra, Arzúa e Negreira. Serán xornadas nas que o ambiente amigable e festivo será protagonista.

CARREIRAS Resultados das probas pedestres disputadas nos municipios de Oroso e de Frades

Amador Pena e Elena Matalobos impóñense na carreira de Oroso... Amador Pena, na categoría masculina, e Elena Matalobos, na feminina, son os gañadores das probas absolutas da Carreira Pedestre de Oroso, que sumou 156 corredores na proba principal e 387 nas demais categorías. O segundo posto de homes foi para Sergio Requeijo, con 35’ 8’’

fronte aos 34’ 26’’ do gañador, e a terceira praza acadouna Xosé Manuel Penas (35’ 15’’). A segunda muller foi Silvia García (con 43’ 9’’, a 37 segundos da gañadora) e María José Grobas, de Mesía, fíxose co terceiro posto con 44’ 31’’. Os premios foron entregados polo goberno local, con Manuel Mirás á cabeza.

Un intre da carreira de Frades, con 8,6 km de percorrido na proba absoluta

... e Lolo Penas e Ester Navarrete foron os campións na de Frades

Podio masculino e feminino da carreira de Oroso, na entrega dos trofeos

Na pedestre de Frades, o gañador foi Manuel Ángel ‘Lolo’ Penas (26’ 1’’), seguido de Alejandro Fernández (26’ 2’’) e Hassan Lekhili (26’ 9’’). O ordense David Santos foi cuarto. Na clasificación feminina, o primeiro posto acadouno Esther Navarrete (29’ 39’’), seguida de Paula Mayobre (30’ 13’’) e de Clara Simal (30’ 20’’).

A carreira, con 8,6 km de lonxitude na proba principal e distancias menores para diversas categorías de idade e escolares, contou con 408 persoas inscritas. Da entrega de trofeos, con premios en metálico por importe total superior aos 2.000 euros, encargáronse integrantes do goberno, liderados por Roberto Rey.


crónicas - Maio 2016

23

dePORteS / OPiniÓn FÚTBOL O Ordes e o Tordoia feminino conservan a categoría, o Cerceda é subcampión e o Queixas ascende

A Liga remata todo o ben que podía rematar Emoción, e angustia, ata o final. Houbo que agardar ata a derradeira xornada para resolver moitas das incógnitas da liga. E en xeral para os equipos da comarca, cada un dentro das súas pretensións, o remate foi satisfactorio. Entre as principais alegrías, está a do Queixas, que se proclamou campión do seu grupo de segunda autonómica e na vindeira tempada competirá na primeira autonómica. Un fito para este club de Cerceda. O ascenso confirmouno vencendo na xornada final ao Portazgo (0-2), subcampión. Ao alcance da man tamén tivo a liga o Cerceda na derradeira xornada, xogándoa fronte ao Boiro, que finalmente foi o campión. O encontro, ao que o Cerceda chegara a só dous puntos do líder, rematou cun 4-0. Mais un subcampionato non é nada despreciable. O equipo participa agora na fase de ascenso á segunda B, con todas as aspiracións intactas.

O Ordes logrou salvar a categoría na derradeira xornada e a satisfacción invadiu Vista Alegre (foto: Adrián Garea)

Sufrindo ata o final, cunha tempada que por momentos se enrevesou máis do previsto, o Ordes finalmente logrou mantese en terceira. O 1-0 fronte ao Barco co que culminou

O Tordoia feminino continuará na segunda española na vindeira tempada

Os paxariños da Alameda As aves do cíclico silencio comezaron a moverse. Sen querer causar moita sospeita, xa preguntaron polas compatibilidades, as incoherencias, os códigos... e demais circunstancias que deberían facerlle baixar o voo ao paxaro do alférez. Algúns estudos xa se fixeron, sobre todo teses comparativas de casos previos, e chegan á conclusión de que aínda non perdeu o paracaídas. Pero como ten antecedentes, quizais baste outro paseo.

a competición deixou de lado calquera risco. Xogadores e afección celebrárono como un gran triunfo, o da tranquilidade para o vindeiro ano. Traballo moi ben feito o do Tor-

doia feminino, que se adaptou perfectamente ás esixencias da segunda división española no seu primeiro ano e conseguiu manterse para aspirar a máis a vindeira tempada.

O Queixas marca un fito co seu ascenso directo á primeira división autonómica

Sección de chíos, murmuracións e faladorías pilladas polo aire, unhas máis certas que outras

No alférez de momento non lles preocupa o asunto. É un de tantos e hai moitas bandadas con problemas como para reparar nesta, aínda sendo das próximas e adictas ao novo réxime. Máis xa viu a garza que no alférez non preocupa ningunha cousa, pasan de todo, pensan estar por riba do ben e do mail. O que non saben é que dentro duns días os paxaros doentes preparan un ataque, unha resposta ao silencio.

Pero que non pense ninguén que o paxaro está tranquilo. Todo o contrario. Basta con observalo. Remexe as ás en todas as direccións, chía con todo o que atopa por diante, laia con cada cambio de vento, teme que o verán non lle chegue. Ben o sabe a garza, que observou os movementos desde o seu niño e contou por deceas as viaxes á botica para comprar tranquilizantes. Ou eran solucións astrinxentes?

Os ornitólogos hai tempo que descartaron un idilio entre as gaivotas e as pitas de monte. Obvio, pertencen a latitudes e climas moi diferentes. Non poden cohabitar, pero si coexistir, respectarse. O consenso científico é xeralizado e a base empírica sostén todo o corpo teórico. Entón por que o mamífero voador insiste en vender o contrario? Necedade? Ciumes? Incapacidade? Vaise ver superado polas probas.


Crónicas

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L. Peche de edición: 20-05-2016. Depósito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com

ORDES María Castro interpreta a ordense que participou na expedición que levou a vacina da varíola polo mundo

unha película recrea a historia de isabel cendal Máis de dous séculos despois, a Expedición Balmis vai ser contada nunha película para televisión, o que no argot chaman tv movie. A iniciativa que permitiu universalizar a vacina contra a varíola, na que tivo un papel moi relevante a ordense Isabel Cendal, é o fundamento de ‘22 ángeles’, unha creación audiovisual coproducida por RTVE e a produtora Four Luck Banana. A rodaxe, xa rematada, inclúe exteriores de Ferrol e Tui. Polo de agora, está en proceso de edición e non ten data de estrea. Cendal, que probablemente naceu na parroquia de Parada, será interpretada pola actriz galega María Castro. Ela era a rectora do orfanato da Coruña e estaba ao cargo dos 22 nenos que fixeron de portadores da vacina na viaxe en fragata desde A Coruña a América para culminar con éxito a Real Expedición Filantrópica, considerada a primeira expedición sanitaria internacional (1803-1814). Cendal ten desde 1950 o recoñecemento da Organización Mundial da Saúde como primeira enfermeira da historia en misión internacional. Ao mando da expedición estaba o médico alacantino Francisco Xavier Balmis, interpretado en ‘22 ángeles’ por Pedro Casablanc. Balmis era doutor da corte de Carlos IV e aconsellou ao rei para estender a vacina por todo o mundo, nun tempo en que a varíola estaba ocasionando unha elevada mortandade. Balmis puxo en práctica os coñecementos obtidos polo doutor inglés Edward Jenner, quen uns anos antes

TALLER MULTIMARCA • Neumáticos • Diagnoses • Alineados • Mecánica xeral

A tv movie ‘22 ángeles’, coproducida por RTVE e Four Luck Banana, narra a Expedición Balmis de comezos do século XIX

vira que as persoas en contacto co gando quedaban inmunizadas contra a letal varíola humana ao contraer a variante vacuna, máis leve. A partir do soro, creou a vacina. Cos medios da época, para manter viva a vacina na viaxe desde o porto da Coruña ata Porto Rico, Balmis utilizou os nenos como portadores. Cada pouco, pasaba a vacina dun a outro polo contacto das súas feridas. Despois de pasar polas illas Canarias, na súa chegada ao continente americano a expedición dividiuse, ao norte e ao sur, para estenderse canto antes.

Máis tarde proseguiría ata Filipinas e mesmo chegou a China. É incalculable a cantidade de vidas que salvou. A produción audiovisual parte dos feitos reais, mais toma como base a novela ‘Ángeles Custodios’, de Almudena de Arteaga. A tv movie ten como director a Miguel Bardem, responsable de creacións recentes en TVE como ‘El asesinato de Carrero Blanco’ ou ‘Prim, el asesinato de la calle del Turco’. O guion é de Alicia Luna, que entre outros premios ten o Goya ao mellor guion por ‘Te doy mis ojos’ (2004), que escribiu con Icíar Bollaín e

que foi recoñecido tamén co Premio ao Mellor Guion Europeo. Para a rodaxe, segundo informan os responsables da produción, foi reconstruída fielmente unha fragata do século XVIII, que na ficción convértese na ‘María Pita’, nome que recibiu o navío da expedición. Hai unhas semanas, durante o tempo da gravación, estivo atracada en Ferrol. Cendal está pendente de ser distinguida como Filla Predilecta de Ordes, se prospera o expediente que desde hai máis dun ano se tramita no Concello a tal efecto.

Lugar O Cano S/N 15688 - OROSO Telf / Fax: 981 69 93 60 Móvil: 638 486 387

• Cambios de aceite • Distribucións • Embragues • Chapa • Pintura

Rúa do Mercado, 6 bajo-dcha 15680 Ordes Tel. 981 682 023 / 626 854 378 lareinadesaba.ordes lareinadesaba.ordes@gmail.com


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.