Crónicas
Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 31 - Xullo de 2016
verónica Dono
gAFA gRADUADA COn AntiREFLEJAntE +
gAFA DE SOL gRADUADA desde
97 €
cos o Instituto Galego de Estatística. Confírmase unha vez máis o declive demográfico, máis patente nos concellos rurais. Unicamente Oroso ten un incremento de poboación, pero só de trece
persoas en comparación con 2014. Nos últimos dez anos, a caída de poboación é de 1.083 persoas. O fenómeno foi contido unicamente nos anos da suposta bonanza económica polas zonas máis
gAFA pROgRESivA +
gAFA DE SOL pROgRESivA desde
197 €
TU ÓPTICA DE CONFIANZA
Rúa Recreo nº 9 ORDES - Telf: 981 685 045
Somos un menos cada día Un habitante menos cada día na comarca. Incluso algo máis. O ano 2015 rematou con 374 persoas menos no padrón dos sete municipios da contorna, segundo os datos que acaba de facer públi-
Síguenos en
urbanas, pero agora volve quedar ao descuberto. Para o futuro non se albisca un xiro, posto que a poboación maior de 64 anos duplica con creces ao segmento de 16 Páx. 3 anos ou menos.
A comarca invencible
ORdeS
O BnG reta o PP a unha cuestión de confianza Páx. 6
ORdeS
tres estudantes do Maruxa Mallo, ao estalmat Páx. 24
ceRcedA-ORdeS
Pechan as unitarias do calvario e de Merelle Páx. 7
ORdeS
Os deportistas da zona acumulan grandes triunfos esta tempada Páxs. 19 a 22
Moitas ideas e poucos cartos para os parques Páx. 5
ORdeS
A Deputación licitará en breve a nova senda peonil da Brea
tORdOiA
O dolmen de Cabaleiros podería recibir visitas guiadas
Páx. 2
Mecá
nica e Neum átic a
Páx. 9
OROSO
Mirás arremete de novo contra Fomento pola AP-9 Páx. 4
Taller multimarca Amortiguadores Distribucións Mecánica en xeral Frenos e neumáticos Presupostos sen compromiso Revisións I.T.V. Diagnoses multimarca Cambios de aceite Aliñado de dirección Embragues Aire acondicionado
Fonte Estrei 28-30 Baixo, 3 15680 Ordes (A Coruña) talleresdepradoegranado@gmail.com / Telf: 981 68 85 73 / Móbil: 671 79 57 61 / Permanente: 696 42 27 94
2
Crónicas - Xullo 2016
Actualidade COMARCA
ORDES A Deputación anuncia a próxima licitación da obra por case 202.000 euros
O Tribunal Constitucional ve legal o canon de Sogama e dálle a razón fronte aos Concellos
A senda da Brea, cada vez máis cerca
O Tribunal Constitucional deulle a razón a Sogama no conflicto que mantén con varios Concellos pola aplicación do canon. O alto tribunal non admitiu a trámite as diferentes cuestións de inconstitucionalidade que formularan seis xulgados galegos, nos que se seguían procedementos de reclamación de varios Concellos. Sogama califícaos como “díscolos” por negarse a pagar o canon. Segundo o TC, o canon ten “plena constitucionalidade”. Cómpre lembrar que se aplicara por parte de Sogama a partir de marzo de 2014, incrementando o seu importe por mor da reforma do sector enerxético que impuxera o goberno central. Este cambio de marco mermaba en gran medida a capacidade financeira da empresa pública, que optou por incrementar o cobro aos Concellos para non comprometer a súa viabilidade. A iniciativa xerara numerosas protestas e queixas municipais, incluso de Concellos gobernados polo PP, se ben poucos foron os que chegaron a levar o asunto á Xustiza. Ao ano seguinte, o canon puido ser rebaixado nun 10 % porque o impacto da reforma enerxética do ministerio foi menor do previsto. Neste 2016 a contía non se modificou, nin á alza nin á baixa. O canon fora establecido como unha disposición adicional nos Orzamentos da Xunta para 2014. Para o TC, a norma adáptase á Constitución e non considera que sexa “discriminatoria, xa que responde a unha finalidade lexítima e racional, a de procurar a viabilidade económica e a sostibilidade dun sistema institucionalizado de xestión de residuos urbanos a través de Sogama”, indica a empresa. O tribunal expón tamén que o canon só é aplicable a Concellos adheridos voluntariamente a Sogama, de maneira que os que estivesen en desacordo poderían desistir en dous meses do seu vínculo con este sistema de tratamento do lixo. Por outra parte, e nun sentido semellante, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tampouco admitiu a trámite os recursos contencioso-administrativos que os Concellos de Narón, na Coruña, e de Moaña, en Pontevedra, presentaron contra as condicións de adhesión a Sogama publicadas en decembro de 2014.
A nova senda peonil na zona da Brea, na estrada que vai desde o Mesón do Vento a Cerceda, está máis cerca de ser unha realidade. A Deputación, titular do vial, conta con sacar a concurso as obras nas vindeiras semanas, por un importe de case 202.000 euros. O inicio da licitación foille anunciado polo presidente provincial, o socialista Valentín González Formoso, ao alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, nunha reunión na que tamén participaron o deputado provincial de Economía e Facenda e edil en Oroso, Antonio Leira, e a concelleira ordense Susana García. O proxecto da senda xa fora aprobado en marzo pasado polo pleno provincial. De 1.700 metros de longo, entre os quilómetros 5,82 e 7,51, terá dous metros de ancho e servirá para que os transeúntes que van desde o Mesón do Vento ata Meirama a pé gañen en seguridade. Na mesma estrada, pero no municipio de Cerceda, a institución provincial vai construír outra senda peonil, desde o punto 4,07 ata o 6,22. Esta obra suporá un investimento duns 217.000 euros.
Desde a esquerda: García, González Formoso, Martínez Sanjurjo e Leira
Formoso comprometeuse con Martínez Sanjurjo a ver se é posible modificar lixeiramente o proxecto inicial, de maneira que en vez de levar o firme de bituminosa previsto se aplique un de formigón. A intención é homoxeneizar os diversos tramos de sendas que xa existen na estrada. O alcalde solicitou tamén apoio para
unha senda desde O Valado ata A Pontraga e outra desde Ponte Pinguela ata Poulo. Destaca tamén a petición municipal dun segundo campo de céspede artificial en Vista Alegre. Desde a Deputación indican que se podería incluír nun Plan de Deportes que están deseñando.
OROSO Reunións en Senra e no Cachopal sobre os procesos en varias parroquias
O PP informa os veciños sobre as parcelarias O PP de Oroso organizou dúas reunións, unha no local social de Senra e outra no do Cachopal, para informar aos veciños e veciñas sobre a situación dos procesos de concentración parcelaria nas parroquias dos Ánxeles, Calvente, Pasarelos, Marzoa, Senra, Cardama e Vilarromariz. Nos encontros participaron a coordinadora de medio rural do partido, á vez conselleira do Medio Rural, Ánxeles Vázquez, acompañada dos integrantes do grupo municipal do PP, liderado por Alexánder Doval Expósito. Unha das novidades máis recentes da parcelaria no municipio é a toma de posesión das novas fincas de concentración nos Ánxeles, Calvente, Pasarelos e Marzoa. Desde mediados de xuño, os propietarios poden acceder ás parcelas resultantes do proceso e reclamar durante dous meses diferencias superiores ao 2% de terreo entre a documentación e a realiade. Segundo a Xunta, a concentración nesas catro parroquias permitiu pasar de 7.175 parcelas en orixe a 1.486, pertencentes a un total de 885 persoas. Supuxo un investimento superior aos dous millóns de euros.
Ánxeles Vázquez, no centro, cos integrantes do grupo municipal do PP de Oroso
Persoas asistentes a unha das reunións, no local social da parroquia de Senra
crónicas - Xullo 2016
3
ActuAlidAde COMARCA O padrón municipal de 2015 sitúa a Oroso como único concello que medrou, só 13 habitantes no ano
A poboación da comarca baixa un habitante cada día Nos titulares convén redondear e non esaxerar, así que dicir que a poboación da comarca baixou nun habitante por día en 2015 queda ben aí. Pero o certo, o máis preciso, é que a media resulta un chisco superior: 1,02 persoas diarias. Para non perderse, 374 en todo o ano. Os datos corresponden á última actualización do padrón municipal de habitantes, de acordo coas cifras do censo feitas públicas hai uns días polo Instituto Galego de Estatística (IGE). No seu conxunto, Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo contabilizaron 37.313 habitantes no peche do ano pasado, cando doce meses antes computábanse 37.687. As cifras poñen de novo de manifesto as serias dificultades demográficas da bisbarra, en xeral acuciada por un forte envellecemento, unha baixa natalidade e a migración dunha considerable porción da mocidade ante a carencia de suficientes alternativas laborais estables na zona. O exercicio non permite pensar nun cambio de tendencia nos vindeiros anos, posto que se mantén en ci-
fras semellantes ás dos anos previos. A redución de 374 persoas do está na liña dos 466 minguados en 2014 sobre 2013, ou dos 258 de 2013 en comparación con 2012, e dos 272 do exercicio previo. Con 2015, xa van seis anos consecutivos de perda de poboación na comarca. Atendendo aos datos do padrón, o censo medrara ata 2009, nunha etapa un tanto excepcional, e a partir de aí volveu o declive. No conxunto da década, entre 2005 e 2015, figuran 1.083 persoas menos empadroadas, de 28.396 a 37.313. SÓ MEDRA OROSO Por municipios, Oroso é o único que recupera poboación. Aínda que só gaña 13 habitantes, ata os 7.413, logra atallar a caída de 31 que experimentara no peche de 2014, cando por primeira vez nos dez últimos anos os sete concellos ordenses perderan poboación. Ordes, o máis habitado, non experimenta ese cambio e afástase un pouco máis dos 13.000 habitantes. No remate de 2015 quedou en 12.776, o que supón 68 menos que no ano anterior. Cerceda perde 80
CERCEDA FRADES MESÍA ORDES OROSO TORDOIA TRAZO
2005 5.500 2.871 3.174 12.272 6.345 4.617 3.617
2014 5.156 2.485 2.795 12.844 7.400 3.706 3.301
2015 5.076 2.460 2.734 12.776 7.413 3.591 3.263
Total Comarca
38.396
37.687
37.313
DESBROCE DE piStAS
XEStiÓn E tRAnSpORtE DE RESiDUOS pERigOSOS
(fonte: igE)
Var. 05/15 Var. 14/15 -424 -80 -411 -25 -440 -61 +504 -68 +1.068 +13 -1.026 -115 -354 -38 -1.083
-374
Comparación do padrón municipal de 2015 co ano anterior e con dez anos antes
habitantes, ata 5.076 e nos municipios máis rurais -Frades, Mesía, Tordoia e Trazo- persiste a caída do censo. OS vELLOS DUpLiCAn OS nEnOS O fenómeno do envellecemento obsérvase claramente na segmentación por grupos de idades. A poboación maior de 64 anos duplica con creces o grupo de menores de 16 anos: 9.471 fronte a 4.440. Por poñer un exemplo, se en 1998 había
GRUPO
SERviZO DE gUinDAStRE
EXCAvACiÓn E MOvEMEntO DE tERREOS
EvOLUCiÓn DO pADRÓn
XEStiÓn DE pUntOS LiMpOS
RECOLLiDA DE RESiDUOS URBAnOS
ALUgUER DE COntEnEDORES DE RESiDUOS inDUStRiAiS
en Frades 428 menores de 16 anos, en 2015 foron unicamente 177. Datos que falan de por si xa agora, pero que en realidade anuncian tamén un agravemento da crise demográfica para os vindeiros anos. Contra o que puidera parecer, a poboación estranxeira empadroada mantense bastante estable, pasando de 903 persoas en toda a comarca en 2014 a 877 en 2015. E por xéneros, prevalece a clásica maioría de mulleres, 19.094 en total nos sete municipios fronte a 18.219 homes.
LAvADO DE COntEnEDORES E RÚAS
LiMpEZA viARiA E DE EDiFiCiOS
portobrea nº 3. Queixas - 15186 CERCEDA Oficina: 981 693 072 / 639 200 204 - correo@grupocercedasol.es * Taller: 981 693 026 / 608 982 888 - www.grupocercedasol.es
Crónicas - Xullo 2016
4
Actualidade ORDES
OROSO O alcalde acusa á dereita de rirse “incluso dos seus votantes”
O PSOE pide repoñer as marcas orixinais na N-550 en Leira
Mirás arremete de novo contra Fomento e contra o PP polo parón no enlace da AP-9
Os socialistas de Ordes van pedir no pleno municipal que o Concello inste ao Ministerio de Fomento e á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia a repoñer as marcas orixinais na N-550 ao seu paso por Leira. O vial foi asfaltado hai pouco e a nova sinalización horizontal elimina liñas discontinuas, o que obriga á veciñanza a dar rodeos para cambiar de sentido e acceder ás vivendas, cancelando xiros autorizados desde hai anos. A concelleira do PSOE, Verónica Gómez, sinalou que xa noutras ocasións Fomento creara un problema semellante. Cita os casos dos accesos á piscina climatizada, varios puntos de Montaos e outros de Leira. As peticións foran atendidas polo Ministerio.
hículos procedentes de Santiago pola AP-9, o conxunto de ramais, pasos e interseccións que compoñen o proxecto do enlace está practicamente rematado. O mandatario de Oroso ve un “cabreo patente” entre veciños, empresarios, comerciantes e usuarios da autoestrada polas molestias que ocasionan as obras sen rematar. Os traballos reanudáronse, segundo di, no mes de xuño, pero só durante unha semana. Despois pararon de novo “sen ningún tipo de explicación”, afirma Mirás. As obras do enlace reanudáronse en xuño e aos poucos días volveron parar
O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, arremete de novo contra o Ministerio de Fomento e contra o PP pola paralización que padecen as obras do enlace sur da AP-9 en Sigüeiro. Mirás cualifica a situación de “auténtico esperpento” e asevera que “nos anos que levo de alcalde nunca vin cousa semellante”. Segundo o goberno municipal, neste mes de agosto cúmprese un
ano da primeira data ofrecida por Fomento para a posta en servizo da nova infraestrutura. Mirás afirma que o proxecto xa acumulaba case tres anos de “atrasos burocráticos” e agora non entende que leve parado case un ano “por unha obra de tan pouca envergadura. se a comparamos co resto do proxecto, como é a ponte sobre a N-550”. A non ser tal ponte, para os ve-
“nin vergoña nin respecto” O alcalde engade que “está claro que nin Ana Pastor, nin Mariano Rajoy nin Alberto Núñez Feijóo teñen vergoña nin respecto polos veciños e veciñas de Oroso”. “Estanse a rir de nós, incluídos os seus votantes que lles dan o seu apoio maioritario, salvo nas municipais”, engade. Ao portavoz local do PP repróchalle que “non fixera absolutamente nada por solventar este problema”.
CERCEDA
TORDOIA
O alcalde presenta na Xunta un proxecto de saneamento
Pereiro confirma máis de 70.000 euros en investimentos rurais
Reunión do alcalde de Cerceda (3º esq.) coa conselleira de Medio Ambiente
A conselleira do Medio Rural, na reunión co alcalde de Tordoia
O alcalde de Cerceda, José García Liñares, presentou na Consellería de Medio Ambiente un proxecto de saneamento no municipio. Foi nunha reunión coa conselleira, Beatriz Mato, e outros responsables do seu departamento. Mato anunciou que o goberno autonómico estudará incluír o proxecto en próximas planifica-
O alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro, confirmou o investimento de máis de 70.000 euros en infraestruturas rurais no municipio, durante unha reunión coa conselleira do Medio Rural, Ánxeles Vázquez. No encontro abordaron os danos ocasionados polas inundacións do pasado inverno en dúas
cións, polo que de momento non hai ningún compromiso nin moito menos un prazo. No encontro tamén se tratou a construción da planta de compostaxe en Sogama e acordouse celebrar novas reunións para avaliar posibles usos do lago das Encrobas cando pase a ser de dominio público.
pontes en Castro (Gorgullos) e nun camiño. Para as pontes o investimento sería duns 53.000 euros e para o camiño duns 20.000 euros, tal como trascendeu por parte do alcalde. Segundo a Xunta, na reunión tamén se trataron as iniciativas a incluír no plan de camiños municipais, de ámbito autonómico.
Crónicas - Xullo 2016
5
Actualidade ORDES O Concello baralla combinar ideas de varias das propostas recibidas
A reforma dos parques recibe múltiples ideas e busca financiación para as obras
A busca do equilibrio entre o tráfico e as persoas nunha zona clave e comercial
Ideas hai abondo, cartos parece que non tanto. O concurso de suxerencias para a reforma dos parques municipais no centro de Ordes recibiu varias propostas, que xa se trataron nunha reunión a nivel político. Despois quedaría a busca de financiación, aspecto ante o que o goberno municipal precisa que “trátase dunha obra de envergadura que seguramente non se levará a cabo a curto prazo”. Tras un primeiro exame en comisión, desde o Concello sinalan como “o máis probable” que a acción que se acometa finalmente combine ideas de varios dos proxectos recibidos, en vez de decantarse unicamente por un. No que practicamente coinciden todos é en reducir o espazo para o tráfico rodado e aumentar as posibilidades para os peóns e as zonas verdes. Así, unha das propostas quere crear un eixo peonil que una a Alameda cos parques da Constitución e Félix Rodríguez de la Fuente, facendo desaparecer a rúa que os se-
O concurso de ideas, que recibiu propostas ata o pasado mes de marzo, naceu a raíz dunha proposta presentada a finais de 2015 polo BNG. Os nacionalistas pedían a supresión da rúa para unir os dous parques, a ubicación de aseos en superficie eliminando o actual paso inferior e establecer sentido único na rúa do Parque, desde a do Mercado ata a do Recreo. Finalmente, por proposta do alcalde, todos os grupos conviñeron en darse un tempo para tomar a decisión, agardando a ver as propostas do concurso de ideas. De todas as maneiras, calquera intervención na zona, a maiores de influír no planeamento urbanístico da zona, ten que buscar o equilibrio entre o tráfico existente na zona, sobre todo o que provén da Rúa do Mercado, a non ser que esta tamén se peonalice, e o aumento de espazos para as persoas.
Os parques son o centro da vila
para, ademais de crear un aparcadoiro subterráneo . Outra idea é establecer sentido único leste-oeste na rúa do Parque Municipal, gañando máis espazo para as beirarrúas e creando dúas praciñas. Tamén suprimiría o tráfico
entre o Campo da Feira e os parques, reorganizaría os accesos, eliminaría o valado perimetral e integraría os xardíns na contorna. Tamén chamou a atención un proxecto consistente en reformar o espazo tomando como eixo vertebrador os círculos do parque da Constitución e substituíndo o que separa inicialmente este parque co de Félix Rodríguez de la Fuente. Para este último, proponse resolver o problema de desniveis creando zonas diferenciadas. Serían catro plataformas separadas cada unha delas por unha altura duns dous metros. Abunda a iniciativa na humanización do espazo, planificando mobiliario urbano con madeira, e incrementar as zonas verdes para que a natureza teña máis protagonismo no centro da vila. Tamén suxire ampliar as bancadas existentes, ubicar aseos públicos visibles na zona central, empregar pavimentos duros nas zonas de paseo, combinados con zonas verdes, e pavimento blando de caucho na zona infantil de xogos.
6
Crónicas - Xullo 2016
Actualidade TORDOIA
ORDES O BNG empraza ao alcalde a presentar unha cuestión de confianza
A Xunta insta ao Concello a revisar de novo o Plan Xeral e volvelo aprobar
O PP non consegue reasignar diñeiro para rebaixar o déficit e o aparcadoiro no Valado
O Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Xunta instou ao Concello de Tordoia a revisar de novo o documento do seu Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), para proceder a unha nova aprobación provisional. En vez de outorgarlle a aprobación definitiva, o goberno autonómico asegura que no plan hai varias carencias e que non se atenderon as observacións indicadas en diversos informes sectoriais. As anteriores aprobacións provisionais datan de 2015 e de 2008. Na oposición municipal, o PSOE pensa que ao alcalde “non lle interesa aprobar o plan, pois leva oito anos cometendo as mesmas deficiencias e sen facer nada por desbloquear a situación”, en palabras do portavoz, Carlos García, que cre na nova documentación remitida polo Concello á Xunta en febreiro pasado repítense moitos erros. O Concello agarda que o trámite non se demore.
O goberno de Ordes non logrou sacar adiante unha modificación de crédito por importe de 358.000 euros. A reasignación de diñeiro pretendía destinar 218.000 euros a amortizar débeda e os outros 140.000 euros a ampliar o aparcadoiro do cemiterio municipal do Valado. Só votou a favor o PP, e as demais formacións (UxO, BNG e PSOE) fixeron decaer a iniciativa. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, afirma que a decisión impide unha redución do déficit “na que levamos traballando desde a investidura” e que considera que tería sido “moi positiva para a economía local”. Sobre a obra do aparcadoiro, o goberno precisa que “paradoxalmente si foi aprobada no pleno de marzo”. Desde o BNG, avisan ao rexedor de que non van aceptar que o Concello “funcione presentando durante o ano continuas modificacións de crédito sobre uns presupostos prorrogados”. En palabras do seu voceiro, Pablo Vidal, iso non sería nin “axeitado nin operativo” e o alcalde trata de
O pleno debateu a modificación de crédito, por importe de 358.000 euros
“botar balóns fóra culpando á oposición”. Vidal engade que o alcalde “en vez de laiarse, terá que explicarlle á veciñanza os motivos polos que non quere aprobar os presupostos cando ten a solución na propia man”. CUESTIÓN DE CONFIANZA Esa “solución” é en boa medida un envite do BNG ao PP. Trátase do emprazamento a aprobar os orza-
mentos vinculados a unha cuestión de confianza. Con este procedemento, aínda que o executivo perda a cuestión, os orzamentos quedarían aprobados automaticamente se no prazo dun mes non se presenta unha moción de censura. En definitiva, o goberno podería saír da cuestión cos orzamentos aprobados se a oposición non artella unha moción de censura, ou podería perder o poder se se configura unha maioría alternativa, que na investidura do ano pasado non se deu forxado. Pola súa parte, os socialistas explicaron o seu voto en contra en que non viron capacidade negociadora no goberno á hora de aprobar os orzamentos “e logo pretende gobernar a base de modificacións de crédito”. A voceira do PSOE, Verónica Gómez, afirma que “a obra do aparcadoiro parécenos ben, pero se temos en conta que o actual alcalde sempre se laia da elevada débeda municipal, ao mellor debería plantexarse destinar ese importe a amortizar débeda”.
ORDES Reclaman acondicionar a zona e informar á poboación de que está dispoñible
A oposición pide pola área de Vilagudín e o goberno replica que é de Fenosa O goberno e a oposición de Ordes discreparon nos últimos días sobre as responsabilidades na conservación e mantemento da área recreativa do encoro de Vilagudín. A raíz dunha iniciativa do PSOE, respaldada por UxO e polo BNG, instouse ao Concello a acondicionar a zona, ante o que o goberno, do PP, replicou que se trata dunha responsabilidade de Gas Natural Fenosa e non da administración local. Para os socialistas, prodúcese unha situación de “total abandono” que se traduce no mobiliario da área en mal estado e coa maleza invadindo as zonas de merendeiro. En palabras da súa portavoz, Verónica Gómez, a situación “demostra que a política ambiental non é unha das prioridades do Concello”. Por iso, pedían o desbroce da zona, a reparación dos elementos deteriorados e informar a través da web municipal de que a área lúdica está dispoñible tanto paa a poboación como para os visitantes. O goberno municipal replicou que a área é propiedade de Gas Natural
A área lúdica, que segundo a oposición debe manter o Concello, está invadida pola maleza e presenta o mobiliario deteriorado
Fenosa, posto que o encoro está vinculado ao funcionamento da central térmica. Precisaba ademais que “o Concello carece de permiso ou potestade para poder realizar calquera tipo de intervención de conservación ou mantemento”. O executivo instou aos socialistas a rectificar a petición ou retirala e reclamoulles “maior responsabilidade política” por adxudi-
carlle ao Concello “propiedades e competencias que non son da súa xurisdicción”. QUE FENOSA INFORME Na contrarréplica, o PSOE sinalou que nunca dixo que a área fose de propiedade municipal, e indicou que o mantemento e conservación foi cedido ao Concello, como ademais te-
rían confirmado integrantes do anterior goberno municipal na sesión plenaria na que finalmente se debateu a moción. Así as cousas, ademais de aprobarse a petición de que o Concello acondicione a área de lecer, tamén se acordou dirixirse por escrito a Gas Natural Fenosa para obter información sobre a titularidade da zona.
crónicas - Xullo 2016
7
ActuAlidAde CERCEDA - ORDES Non reuniron o mínimo de seis matrículas para o vindeiro curso
consúmase o peche das escolas unitarias do calvario e de Merelle Outras dúas escolas unitarias bótanse a perder no vindeiro curso. A do Calvario, en Queixas (Cerceda) e a de Merelle, en Ordes, non reuniron o mínimo de seis matrículas que require a Xunta, polo que pecharán as súas portas en setembro, con toda probabilidade de maneira definitiva. A de Cerceda era a única deste modelo educativo que quedaba no municipio e a de Ordes súmase ás clausuradas nos últimos anos en Beán, Buscás ou Montaos. No Calvario resultou moi significativa a loita dos pais e nais afectados por manter o colexio aberto. Pero a súa campaña de captación de matrículas non deu resultados. Aos catro nenos e nenas que xa ían continuar no colexio, só se sumaba unha matrícula máis, insuficiente. Non houbo tampouco ningunha
A campaña para manter aberta a unitaria do Calvario só logrou unha matrícula máis
flexibilidade por parte da Consellería, que non tivo en conta que no seguinte curso, o 2017-2018, accederían á unitaria catro escolares novos, abondo para seguir.
Os afectados lamentan que non se fixesen excepcións, que si lles constan noutras ocasións. “Queda claro que neste momento Educación está á espera dese ano particular que poida
FRADES Proxecto duns 800.000 euros para executar a obra durante tres anos
Arpobada a ampliación do abastecemento O pleno de Frades aprobou por unanimidade a autorización de sinatura dun convenio entre o Concello e Augas de Galicia para que o servizo de abastecemento de auga potable chegue ás parroquias de Moar e de Añá, e a núcleos como Campoduro, en Céltigos, e a zona do Cadaval, en Ledoira. O proxecto está valorado nuns
TALLER MULTIMARCA • neumáticos • Diagnoses • Alineados • Mecánica xeral
800.000 euros. Segundo relatou o alcalde, Roberto Rey, que previamente se reuniu co presidente de Augas de Galicia, a previsión é que este ano se gasten 50.000 euros, mentres que para 2017 quedarían uns 600.000 euros e para 2018 os arredor de 150.000 restantes. A financiación sería en gran parte con fondos europeos, cun 17 % de di-
ñeiro autonómico e un 7,5 % da administración central do Estado. Este modelo a tres bandas xa fora adiantado tempo atrás como unha opción desde o departamento autonómico de Medio Ambiente. O alcalde explica que o proxecto, que valida tamén o Consello da Xunta para ser asinado, suporá “dar practicamente por rematado o abastece-
‘xustificar’ o peche de unitarias”, afirman en declaracións a Crónicas. Nos últimos días, retirouse o material da escola, o que ven como a proba de que a Xunta quere facer ver que “non hai marcha atrás”. De acordo coas súas conversas con outras ANPAS, constatan que “Educación está recortando todo o que pode pechando escolas e aulas” por toda Galicia. Quéixanse de que non se contemplase a posibilidade de redistribuír matrículas do colexio do Cruce de Cerceda, onde hai 28 matrículas e 25 prazas, o que levou a abrir unha aula nova. “O obxectivo era sentenciar a nosa escola tarde ou cedo”, conclúen. Recoñecen o apoio da corporación municipal, pero non ocultan a decepción cos dirixentes políticos autonómicos. E tamén co conxunto da sociedade, ao non lograr as dúas matrículas necesarias. Sinalan que as familias buscan a “comodidade” do transporte e do comedor e non valoran o enfoque educativo das unitarias. “Pero se os propios veciños non valoran o que tiñamos, é verdade que non serán os políticos os que o fagan”, engaden. mento de auga no municipio” cando estea en servizo. Mentres que o compromiso da Xunta é acometer as obras, ao Concello correspóndelle, segundo se establece no convenio, poñer a disposición de Augas de Galicia todos os terreos para a execución das obras libres de gravames, obter os permisos e licenzas precisos sen repercutir ningún gasto ao respecto sobre Augas de Galicia, e asumir a conservación e mantemento das instalacións unha vez rematadas e postas en funcionamento.
Lugar O Cano S/N 15688 - OROSO Telf / Fax: 981 69 93 60 Móvil: 638 486 387
• Cambios de aceite • Distribucións • Embragues • Chapa • pintura
Rúa do Mercado, 6 bajo-dcha 15680 Ordes Tel. 981 682 023 / 626 854 378
lareinadesaba.ordes lareinadesaba.ordes@gmail.com
Crónicas - Xullo 2016
8
Actualidade MESÍA
Un novo obradoiro de emprego formará desempregados en atención sociosanitaria O Concello de Mesía participa nun novo obradoiro de emprego, xunto aos Concellos de Sobrado, Curtis, Boimorto, Vilasantar e Toques. A iniciativa ten unha duración de seis meses e está dirixida á formación de persoas desempregadas maiores de idade. O obradoiro impartirá as especialidades de atención sociosanitaria a persoas no domicilio e atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. Antes do inicio do obradoiro, que está promovido polo Concello de Sobrado e recibe a denominación de ‘O fogar da Montaña’, o Concello informou de que as persoas interesadas en participar debían figurar como desempregadas no servizo de emprego de Ordes. A participación no obradoiro, que combina formación teórica e práctica, facilita o posterior acceso ao mercado laboral. O alumnado recibe ao remate un certificado de profesionalidade con validez para todo o territorio español.
TRAZO
O PSdeG insta á Xunta a asumir a rexeneración da canteira de Áridos de Trazo, pechada en 2009 O grupo parlamentario dos socialistas pediulle á Xunta de Galicia que se faga cargo da rexeneración da zona na que se desenvolveu a explotación de áridos en Trazo. Mediante unha iniciativa debatida na Comisión de Industria do Parlamento, o deputado Abel Losada explicou que a mina está actualmente nunha situación crítica, ao entrar en concurso de acredores a empresa. Segundo o PSdeG-PSOE, “descoñécese se existe un aval para a rexeneración da zona ou se a Xunta estuda dar un uso distinto á explotación”. Para os socialistas, cómpre “recuperar os equilibrios medioambientais”, sobre todo polo impacto visual que xera a mina, a uns cen metros de núcleos habitados. Aseguran que os propios veciños queren que a Xunta asuma a situación. A canteira, din, non ten actividade desde 2009. Era propiedade de Áridos de Trazo, pertencente ao grupo valenciano SEDESA. Nos últimos meses barallouse un proxecto para tratar alí residuos inertes.
ORDES
ORDES
Ferido tras saírse da estrada e sobrevoar a vía do tren en Lesta
O vehículo sobrevoou a ponte sobre a vía férrea ata acabar na outra marxe
Un home resultou ferido nun accidente de tráfico en Lesta. Por causas que se descoñecen, o seu vehículo saíu da estrada á altura dunha ponte da estrada de Carballo sobre a liña ferroviaria. O coche non caeu ás vías do tren, senón que as ‘sobrevoou’ e foi parar a
unha toxeira na outra marxe. Estímase que entre o lugar de impacto coa ponte e o punto onde rematou o coche hai uns 70 metros de distancia. As forzas da orde e os servizos de emerxencia acudiron ao lugar do sinistro para atender o ferido e investigar o suceso.
O BNG de Ordes solicitou no pleno municipal que se facilite a explotación da cafetería situada nas instalacións do Centro Comercial, pechado pero contiguo á piscina climatizada e ao IES Maruxa Mallo. Os nacionalistas cren que hai demanda para poñer a funcionar o servizo, o que contribuiría a xerar emprego. A proposta do Bloque foi aprobada co apoio de todos os grupos da oposición, mentres que o PP optou por absterse. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, expuxo de novo que a súa intención é “abrir todo o inmoble de maneira conxunta”. Non obstante, segundo manifestou o rexedor, primeiro queren analizar “pormenorizadamente” a súa viabilidade e a redución de custos de mantemento que podería supoñer a futura instalación dun viveiro de empresas no inmoble. Este proxecto veuse forxando nos últimos anos, con varios enfoques, posibles ubicacións e tentativas, pero polo de agora non se conseguiu convertelo en realidade.
ORDES
ORDES
Protección Civil forma en Ordes voluntarios de toda a provincia
O curso ofreceu unha formación básica para os novos efectivos
Quince novos voluntarios e voluntarias de Protección Civil formáronse nun curso básico coordinado pola agrupación de Ordes, dirixida por Honorino Raña. Durante varias semanas, con 32 horas de clases en total, adquiriron coñecementos sobre primeiros auxilios, loita contra incendios, igualdade de xénero ou seguridade vial, entre outras materias.
O BNG pide que abra a cafetería e o goberno quere reabrir o centro comarcal enteiro
Os voluntarios e voluntarias procedían de localidades de toda a provincia, como As Pontes, Carballo, Negreira, Cabana de Bergantiños, Ponteceso ou Miño. Encargáronse de impartir os contidos profesionais do 061, dos Bombeiros de Ordes, da Policía Local ordense e do Centro de Información á Muller da Mancomunidade de Ordes.
O concurso de tapas desenvolverase durante as dúas primeiras fins de semana de xullo Volve o concurso de tapas de Ordes ‘De bo dente’. Desenvolverase nas dúas primeiras fins de semana do mes de xullo, en concreto os días 1, 2, 3, 8, 9 e 10. Participan un total de 26 locais, da capital municipal e tamén de Montaos e das Casillas. Os clientes dos establecementos serán os encargados de decidir cales son as mellores propostas presentadas ao certame. Votarán utilizando os boletos do certame, que cuñan os propios locais. Os boletos introduciránse, unha vez cumplimentados, nunha urna selada dispoñible en cada negocio participante. Entre os clientes sortearanse tres premios, integrados por produtos gastronómicos, turísticos e de moda, coa colaboración de diversas firmas comerciais. Todas as papeletas entrarán tamén no sorteo de vinte premios sorpresa. E entre os locais, entregaranse premios ás tres mellores tapas, de 230, 170 e 120 euros. A entrega de todos os premios será o 23 de xullo no salón de plenos municipal.
Crónicas - Xullo 2016
9
Actualidade
TORDOIA A Deputación e o Concello van ofrecer visitas guiadas nas fins de semana
ORDES
Estudan adquirir para uso público unha parcela contigua ao dolmen de Cabaleiros
O plan ambiental da Deputación servirá para mellorar sete fosas sépticas nas parroquias
A Deputación da Coruña avaliará a posibilidade de adquirir unha finca colindante co dolmen de Cabaleiros (Tordoia) para utilizala como espazo de servizo para os visitantes. Así o anunciou o deputado provincial de Patrimonio, Xesús Soto, nunha visita ao lugar, acompañado polo alcalde, Antonio Pereiro. Soto e Pereiro analizaron tamén as posibilidades de que a Deputación e o Concello colaboren para xestionar un servizo de visitas guiadas ao dolmen, que podería estar operativo xa durante as fins de semana este mesmo verán. Tal como explicaron, estas dúas accións serían un paso previo a que a titularidade do ben patrimonial máis coñecido do municipio pase da entidade provincial á administración local. Este trámite está sendo impulsado pola Deputación cos diversos Concellos, e nalgúns casos coa Xunta, en boa parte do patrimonio histórico do que ata agora é propietaria e responsable. “Estanse dando pasos na colaboración para a xestión por parte das entidades locais de servizos como
O deputado provincial e o alcalde de Tordoia, a carón da chamada Casa da Moura
o de visita ou promoción”, declarou o responsable provincial de Patrimonio, que en todo caso sitúa este obxectivo xeral como un “horizonte” para os vindeiros anos. O dolmen de Cabaleiros é un monumento funerario neolítico. É coñecido tamén, sobre todo en Tordoia, como Casa da Moura ou Couza
do Cacheiro. Está constituído por seis chantas dunha cámara poligonal cunha altura de 1,70 metros e unha grosa lousa de cuberta que, segundo as lendas era a tampa que a moura levaba na cabeza. Desde 1975 está considerado Monumento Histórico-Artístico e co paso dos anos vese cada vez máis como recurso turístico.
O Concello de Ordes destinará máis da metade do diñeiro que lle corresponde no plan ambiental da Deputación -26.000 euros de 50.000- á mellora de sete fosas sépticas nas parroquias de Leira, Montaos, Ordes, Vilamaior e Ardemil. Outros 19.000 euros utilizaranse no acondicionamento das fontes das Cortellas (Ardemil), Esmorís (Buscás) e Mañufe (Mercurín). E uns 5.000 euros resérvanse para un programa de formación e educación ambiental no río Mercurín, dirixido sobre todo á poboación infantil. Prevé anelar aves, colocar caixas-niño e inventariar fauna e flora. As iniciativas do plan foron apoiadas por unanimidade. Non obstante, o PP e o PSOE discreparon sobre as contías que a Deputación destina ao Concello. Mentres que o grupo de goberno sostén que se reduciron significativamente, o partido da oposición, que na provincia goberna, di que medraron un 40 %.
10
Crónicas - Xullo 2016
Economía CRISE Cuadriplicou o ano pasado a axuda para saúde e educación de persoas que non chegan a fin de mes
Cáritas alerta do aumento de “traballadores pobres” Ter un traballo xa non garante evitar a pobreza. O fenómeno non é novo, pero nos últimos anos vai a máis. É a chamada figura do “traballador pobre”, ao que lle resulta imposible atender os seus gastos básicos familiares coa súa nómina. O aumento desta situación queda patente na Memoria 2015 de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, presentada hai uns días polos responsables da entidade. “A pobreza cronifícase, é algo que denunciamos constantemente”, asevera Anuncio Mouriño, director da entidade compostelá, que abrangue co seu labor case a metade do territorio galego. A ONG católica obsérvao en que se reitera o perfil de “persoas que a finais de mes veñen buscando algunha axuda puntual, para pagar algún recibo ou para comer”. Tal como relatan, adoitan ser familias de catro ou cinco integrantes nas que só unha das persoas ten un traballo, xeralmente precario, inestable e mal pagado. Entre os datos que manexan, está un incremento do 1 % de persoas que levan tres ou máis anos en situación de pobreza. Cáritas de Compostela precisou
Roda de prensa de presentación da Memoria 2015 de Cáritas de Santiago
un 9 % máis de recursos o ano pasado para ofrecer atención social. En axudas para gastos relacionados coa saúde e a educación chegaron a cuadriplicar as que ofreceran en 2014. Na roda de prensa de presentación da memoria, Mouriño manifes-
tou que “nunha sociedade que aspira a ser igualitaria, na que se fala de dereitos, tamén os dos poblres, non hai dereito a que teñamos que seguir pagando cadernos, lapis e material para que un rapaz poida estudar”. Cáritas Diocesana de Santiago ex-
LEITE A conselleira insiste en que sen o documento asinado a situación sería peor
Case un ano despois das tractoradas, o prezo do leite segue sen tocar fondo Nas vindeiras semanas cumprirase un ano das maiores mobilizacións do sector leiteiro, con tractoradas durante semanas que chegaron a paralizar industrias e distribuidoras. Pero un ano despois as cousas non parecen ter mudado en nada, máis ben agraváronse. Os prezos que o gandeiro recibe en orixe, a principal queixa histórica do sector, están agora máis baixos que doce meses atrás, e sen perspectivas de tocar fondo. Os últimos datos oficiais publicados polo Ministerio de Agricultura, correspondentes ao mes de maio, sitúan a media galega en 27,3 céntimos de euro por litro, cando un ano antes estaba en 28,4 céntimos, unha cifra xa crítica para a supervivencia das explotacións e lonxana a un mínimo de rendibilidade. A diferencia co conxunto de España continúa rondando os 2 céntimos por litro. En maio deste ano a media española foi de 29,2 céntimos por litro, e en maio de 2015 fora de 30,6. En Galicia, maio rematou con 43
Gráfico da evolución de prezos do leite no que vai de ano, feito polo Ministerio
explotacións menos, máis da metade das 85 que pecharon en España. O debate segue no ámbito político, aténdose ao previsible. A conselleira do Medio Rural, Ánxeles Vázquez, defendeu nunha recente intervención parlamentaria o chamado acordo lácteo, que servira para poñer fin ás mobilizacións. Vázquez sostivo que o documento “permitiu lexislar, entre outras cuestións, e polo tanto incorporar novas ferramentas que
permitan aplicar a lei da cadea alimentaria”. Segundo ela, avanzouse na loita contra as prácticas abusivas. Puxo como exemplo o decreto de cesión de prezos, do que aínda non trascenderon datos pero que “resultará de grande utilidade para a transparencia e o funcionamento da cadea de valor do leite”, sostén a conselleira, que tamén afirma que vixían que a distribución non “banalice” o leite con ofertas extremas. Pablo García, deputado socialista que centra o seu labor político no sector primario, manifesta en cambio que o único que se percibe por parte da Xunta é “deixadez á hora de xestionar a situación dramática no sector galego”, cos prezos máis baixos de Europa no último ano e medio. O PSdeG-PSOE propuxo crear un organismo público específico para darlle cobertura ao sector leiteiro xestionando directamente os seus recursos e contribuíndo a inxectar liquidez nas explotacións galegas. A proposta foi desbotada pola maioría absoluta do PP na cámara galega.
puxo tamén que tivo que incrementar o gasto por persoa atendida. Na memoria recolle que durante o ano pasado precisaron o seu apoio 53.385 persoas. Serían unhas 20.000 menos que no ano anterior, pero advirten de que hai que ter en conta que modificaron os parámetros de recollida e cuantificación de datos. Cifras á parte, insisten en que a figura dos “traballadores pobres” está xa consolidada entre os grupos sociais que precisan da súa atención. En canto ao perfil dos seus beneficiarios, as mulleres representan o 56 % das atencións e os homes o 44 %. Case un 73 % teñen nacionalidade española e o 27 % restante son persoas estranxeiras. A entidade rematou 2015 cun saldo negativo en case 57.000 euros, posto que ingresou 6.372.000 euros e gastou 6.429.000 euros. Como fontes de ingreso máis relevantes, o 45 % dos recursos de Cáritas Diocesana provén de achegas de socios, colaboracións, donativos, herdanzas ou colectas, o 17 % procede de subvencións públicas e un 26 % corresponde con outras doazóns e legados de carácter privado.
PREZOS DO LEITE MAIO / ABRIL
(euros/litro) Galicia 0,273 Andalucía 0,320 Aragón 0,277 Asturias 0,319 Baleares 0,306 Canarias 0,451 Cantabria 0,283 Castela-A Mancha 0,302 Castela e León 0,295 Cataluña 0,293 Extremadura 0,301 Madrid 0,291 Murcia 0,290 Navarra 0,300 Euskadi 0,342 A Rioxa 0,321 Valencia 0,305
0,279 0,330 0,284 0,325 0,310 0,452 0,288 0,309 0,299 0,298 0,311 0,297 0,290 0,300 0,344 0,312 0,302
ESPAÑA
0,297
0,292
MEDIAS ESPAÑA MAIO 2013 0,337 2014 0,365 2015 0,306 2016 0,292
PRODUCIÓN MAIO 2015
2016
Galicia 234.113 tn 231.119 tn España 616.870 tn 608.773 tn Fonte: FEGA (04-07-2016)
Crónicas - Xullo 2016
11
xente dE aquí TORDOIA Obradoiro de seguridade vial cos nenos e nenas da gardería municipal
OROSO
Tráfico seguro desde pequenos
Preparan xa o quinto centenario do paso de Carlos I polo municipio, que se celebra en 2020
Os nenos e nenas do Punto de Atención á Infancia (PAI) de Tordoia participaron nun obradoiro de seguridade vial, no que se familiarizaron coas nocións e normas básicas do tráfico. Mediante un circuíto con sinais instalado na propia zona de xogos do centro, e utilizando as súas motos de xoguete, aplicaron as normas de circulación e aprenderon a importancia de respectalas.
O Concello de Oroso prepara xa o quinto centenario do paso polo municipio de Carlos I de España e V de Alemaña. Os eventos conmemorativos serán en 2020 e prepararanse nunha comisión da que forman parte os concelleiros de Cultura, Luis Rey, e de Turismo, Vanesa Boo, a bibliotecaria, a técnica de Cultura e un divulgador histórico, residente en Oroso. O alcalde, Manuel Mirás, explicou que este primeiro grupo de traballo recollerá a documentación dispoñible e presentará posibles ideas para conmemorar a efeméride. Carlos I e o seu séquito cruzaron a ponte medieval de Sigüeiro procedentes de Santiago e rumbo a A Coruña, onde o rei embarcaría cara a Alemaña para ser coroado emperador tras a morte do seu avó, Maximiliano. No goberno barallan colocar unha placa e un panel explicativo nas inmediacións da ponte, ademais de actos culturais divulgativos do feito histórico.
ORDES
Encontro de Jacobo Ríos cos seus lectores no Museo do Traxe O escritor ordense Jacobo Ríos acudiu ao Museo do Traxe para encontrarse con lectores e falar do seu libro ‘El inmenso mar de los olvidados’, no que relata de maneira novelada os afundimentos de navíos na Costa da Morte, o naufraxio da flota de Padilla, a vida e a estrutura dos núcleos de poboación costeiros
G
en Galicia, ou a que era a vila da Coruña no século XVI. A obra susténtase nun amplo labor de investigación e ten no mar un elemento vertebrador. No acto, ademais de Ríos, estiveron o polifacético Xurxo Souto -escritor, músico, comunicador...-, a poeta Lucía Calvo e a escritora Marga Rosende.
Desde a esq.: Xurxo Souto, Jacobo Ríos, Marga Rosende e Lucía Calvo
Marcos Guerra Mengual Bernardo Guerra González
A CORUÑA c/ Asturias, 9 Lunes o Viernes - 11:00 a 13:30
ABOGADO - GRADUADO SOCIAL
CARBALLO c/ Fomento, 16 Entrs. Jueves - 11:00 a 13:30
G
ASESORÍA JURÍDICA
PREFERENTES
PENSIONES
SEPARACIONES
SEGURIDAD SOCIAL
CIVIL / HERENCIAS
Telf. 981 150 128
ORDES Rúa Compostela, 16 bajo Miércoles - 11:00 a 13:30
Fax 981 246 789
Crónicas - Xullo 2016
12
xente dE aquí ORDES
ORDES
Dedícanlle unha rúa a Francisco Fariña, sancristán do Mesón
Homenaxe a Recouso Liste da asociación veciñal de Pereira
Familiares, amizades e veciñanza estiveron presentes no ‘bautizo’ da rúa
No acto de homenaxe, plantouse un carballo en recordo de Recouso Liste
Francisco Fariña Bouzas, sancristán do Mesón do Vento ata o seu falecemento en 2014, ten xa unha rúa na súa memoria na localidade. Foi inaugurada a principios de xullo. Os seus fillos, Iván e Rosa María Fariña Grela, encargáronse de descubrir a placa, co nome ‘Rúa Sacristán Francisco’, nun acto
A asociación veciñal de Pereira aproveitou a súa comida anual para renderlle homenaxe a Ramiro Recouso Liste, concelleiro do BNG residente na parroquia e falecido o pasado mes de outubro. O acto de recordo consistiu en plantar un carballo no campo da festa. Estiveron presentes, ade-
ao que acudiron outros familiares, amizades, veciños e veciñas. A concelleira de Obras, Beatriz Martínez, natural do Mesón do Vento, afirmou que a rúa serve para “perpetuar o recordo” de Fariña, ao que definiu como “un home bo que destacou pola súa xenerosidade e entrega aos demais”.
mais de veciños e veciñas, amigos e familiares de Recouso, os representantes das distintas forzas políticas ordenses. As diversas intervencións repetiron palabras como integridade, dedicación ou xenerosidade para definir a Recouso, edil na corporación durante dúas décadas.
COMARCA
TORDOIA
Unha xincana potencia o uso do galego no lecer dos máis cativos
A gran festa para os maiores
Nenos e nenas de Cerceda que participaron na xincana lingüística
O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes desenvolve un obradoiro lúdico de lingua galega nas actividades de verán dos sete municipios da comarca. O propósito desta xincana lingüística é potenciar o uso do galego mediante actividades lúdicas e educativas entre os nenos e nenas de seis a doce anos.
Cunha dinámica con moita interacción, e valéndose de xogos como unha carreira de remudas, un bingo de persoas ou as clásicas palabras encadeadas, o obradoiro estimula os participantes para xeralizar o galego en todo tipo de actividades. Tamén amplían as habilidades de comunicación oral en lingua galega, asociada á práctica do deporte, e o vocabulario.
A festa do Concello de Tordoia para a terceira idade sumou máis de 800 participantes. Antes do xantar, a carón do campo de fútbol de Pontepedra, celebrouse unha misa e sesión vermú. Os dez maiores de noventa anos presentes na festa recibiron unha placa. O máis veterano, Avelino Balsa Señarís, de 98 anos.
Crónicas - Xullo 2016
13
xente dE aquí ORDES
TORDOIA
O ‘Summer Camp’ atenderá 160 criaturas ata o mes de setembro
O ‘Verán Lúdico’ acada os corenta participantes
Os participantes no Summer Camp teñen entre tres e doce anos de idade
Os xogos cooperativos son unha das actividades do ‘Verán Lúdico’
O campamento estival do Concello de Ordes suma uns 160 participantes nas distintas quendas nas que se organiza ata o 9 de setembro. Actividades creaticas, lúdicas e didácticas sucédense na programación desta proposta, na que se
O ‘Verán Lúdico’, o programa de conciliación laboral e familiar do Concello de Tordoia, suma na edición de 2016 a participación de corenta nenos e nenas de entre tres e doce anos de idade. A programación componse de xogos cooperativos, xincanas, tra-
utilizan os idiomas galego, castelán e inglés. Prográmanse tamén excursións, saídas a espazos naturais, obradoiros de cociña, visitas guiadas por lugares de interese, deporte, proxeccións de cine ou festas temáticas.
ballos manuais, a preparación e cultivo de hortas, ou sesións de contacontos e teatro. A intención é que os nenos e nenas teñan diversión e aprendizaxe durante as vacacións escolares, á vez que as súas familias poidan manter a súa rutina habitual.
OROSO
Excursión con maiores para abrir o certame artístico en Góis Arredor de medio centenar de persoas de Oroso participaron nunha excursión municipal a Portugal, que o Concello organizou en colaboración coa Asociación da Terceira Idade de Oroso. A visita, de catro xornadas, levou os participantes, maiores de 60 anos e as súas parellas, por locali-
dades como Aveiro, Figueira da Foz, Coímbra, Porto e Góis. Nesta última, irmandada con Oroso, asistiron á inauguración do vixésimo certame GóisOrosoArte. Na viaxe participaron polo Concello o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, máis os concelleiros Vanesa Boo, Luís Rey e Beatriz Rodeiro.
Durante catro xornadas, a viaxe percorreu varias localidades portuguesas
14
Crónicas - Xullo 2016
xente dE aquí OROSO O encontro de bandas do ano que vén servirá para distinguir a de Arca
ORDES
Homenaxe á antiga banda de San Mamede
Unha charla aconsella sobre as medidas máis eficaces para loitar contra a avespa asiática
A Banda de Música de San Mamede-Grabanxa, fundada en 1905 e desaparecida nos anos sesenta do século XX, foi obxecto dunha homenaxe en Senra. O Concello entregoulles recoñecementos a todos os integrantes. Unha decena deles continúan vivos, mentres que na gran maioría foron descendentes os que recolleron o recoñecemento. Un dos músicos, José Verea Montero, tomou a palabra para agracecer a homenaxe e desexou que “este recordo sexa sobre todo para os que non están, das bandas de San Mamede, da Grabanxa, de Senra, de Arca, de Ordes... e de tantas outras que tanto fixeron pola música”. O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, destacou “o labor de difusión da cultura e da educación” das bandas. Anunciou que o ano que vén será homenaxeada a de Arca (O Pino). O concelleiro Eduardo Veiras pediu que a veciñanza achegue os datos e información que teña para documentar a historia das bandas locais.
Os recoñecementos aos integrantes da banda foron entregados en Senra
A charla describiu a especie invasora
Moitos dos membros da banda xa faleceron e acudiron os seus descendentes
Unha charla informou en Ordes sobre as medidas para frear a expansión da avespa asiática. A sesión foi impartida por persoal especializado da Consellería do Medio Rural, xa habituado a traballar con esta especie desde que hai uns anos comezase a invadir os ecosistemas galegos. Os especialistas informaron sobre as características da especie, os seus ciclos vitais e o seu comportamento, así como os programas de vixilancia existentes e os métodos de control máis eficaces. E por suposto o consello de chamar ao 012 se se localiza un niño.
ORDES O festival de fin de curso da Escola Municipal de Música reúne moito público
COMARCA
Notas ben afinadas desde a Alameda
Un curso favorece a inclusión social a través da eliminación de barreiras idiomáticas
Sesión de clausura do curso
A Escola Municipal de Música de Ordes clausurou o curso cun festival ofrecido na Alameda. As actuacións serviron para aprezar a progresión do alumnado da entidade, un cento de nenos e nenas, no último ano. Numeroso público seguiu o evento.
A aprendizaxe do idioma é unha ferramenta moi útil para favorecer a inclusión social e, por tanto, loitar contra a pobreza e a discriminación. Con esta premisa, a Mancomunidade de Ordes ofreceu un curso de adquisición do idioma de acollida, no que participaron once mulleres de diferentes nacionalidades. As clases, que financia o Fondo Social Europeo mediante a Estratexia de Inclusión Social de Galicia e que no seu conxunto sumaron 48 horas, foron clausuradas pola concelleira de Benestar Social de Ordes, Susana García.
Crónicas - Xullo 2016
15
xente dE aquí ORDES No evento houbo actuación do alumnado e entregáronse tamén os premios de fotografía matemática
O IES Maruxa Mallo premia a futbolista Verónica Boquete no seu festival de fin de curso O IES Maruxa Mallo, de Ordes, celebrou un festival de fin de curso. A Casa da Cultura da vila acolleu as actuacións con coreografías, números musicais e producións audiovisuais, creadas polos alumnos e alumnas do centro. Por suposto, o profesorado do instituto participou tamén activamente no festival. O alumnado de cuarto curso da ESO recibiu as súas orlas. Ademais desta entrega dun obxecto para o recordo, proxectouse un vídeo sobre o paso dos estudantes polo Maruxa Mallo. O percorrido desta etapa en imaxes xerou moitas emocións. O festival serviu tamén para a entrega do Premio Maruxa Mallo, na súa cuarta edición. A súa destinataria é a futbolista Verónica Boquete,
que non tivo ocasión de acudir ao festival pero que si se comprometeu a ir ao IES a recoller o premio a principios do vindeiro curso académico, no momento en que a súa axenda deportiva o permita. Acaba de fichar polo Paris Saint Germain. O premio do IES ten o propósito de recoñecer os valores do esforzo, da creatividade e do compromiso pola igualdade, razóns que a deportista, unha das figuras máis destacadas do fútbol feminino galego, cumpre sobradamente. Por outra parte, decidiuse un premio especial do xurado para a figura de Isabel Cendal, veciña de Parada que a comezos do século XIX foi parte destacada da chamada Expedición Balmis, coa que se lle puxo freo
FRADES
Xornada dedicada á diversión infantil na piscina municipal A piscina municipal de Frades e a súa contorna serviron de escenario para unha xornada dedicada á diversión infantil. As arredor de cincocentas persoas participantes, segundo o Concello, tiveron á súa disposición xo-
gos inchables na auga e en terra, xogos populares ou traxectos nun tren turístico. Tamén se ofreceu unha actuación de maxia, a cargo do mago Dani, co espectáculo ‘Don Gelati’, que combina humor, trucos e interactividade co público.
No festival deuse a coñecer un premio especial para a figura de Isabel Cendal, sobre a que o IES prepara un acto honorífico e accións de difusión do seu labor
á varíola no continente americano. Este premio complementarase cun acto de honra da memoria de Cendal, previsto pola dirección do IES, e con iniciativas de difusión daquela xesta da medicina e a enfermería. Entregáronse tamén os premios
de fotografía matemática. O do público recibiuno Diego Regos Míguez e o do xurado recaeu en Ana Rodríguez Blanco. E por último houbo un premio para a mellor lectora da biblioteca do centro. Mereceuno Belén Ferreiro López.
16
Crónicas - Xullo 2016
xente dE aquí ORDES A ANPA organizou unha festa con churrascada, xogos, entrega de premios e agasallos, e unha merenda
Celebración da fin de curso no colexio do Mesón do Vento
O CEIP do Mesón do Vento celebrou a fin de curso cunha gran festa organizada pola asociación de nais e pais do alumnado do centro. A celebración comezou cunha churrascada para máis de 230 persoas, seguida dunha xeira de xogos inchables e xogos tradicionais para grandes e pequenos. Na festa entregáronse os premios da gañadora e finalistas do concurso de debuxo do cartel anunciador. Tamén houbo agasallos para todos os nenos e nenas, e unha merenda.
A celebración de fin de curso superou os douscentos participantes, con xantar, xogos para todas as idades e merenda
ORDES A celebración do aniversario revolucionou as rúas de Ordes coa música de máis de vinte agrupacións
Oito anos de farra sen freo coas ‘Noites de Tasca’ As ‘Noites de Tasca’, iniciativa de difusión da música tradicional impulsada polos gaiteiros ‘Os Viqueira’, cumpriron oito anos. A celebración levou a música de máis de vinte agrupacións polas rúas, bares e establecementos da vila ordense, sen esquecer a residencia dos maiores. Ademais, desenvolvéronse obradoiros musicais e encontros folclóricos. A fin de festa deste ciclo, que durante o curso chegou a varios puntos da comarca, foi unha foliada colectiva no Campo da Feira.
crónicas - Xullo 2016
17
Xente de Aquí ORDES Unha clase impartida por especialistas mobilizou decenas de persoas no Campo da Feira
Salsa en grupo para manterse en plena forma física
Decenas de persoas participaron nunha clase colectiva de salsa e zumba no Campo da Feira, impartida por Noelia Moledo, Blanger Y. Figuera, Lucía Gómez e Alberto García, coa coreógrafa Pipo Franco como estrela convidada conducindo por primeira vez unha sesión deste tipo en Galicia. Entre os colaboradores desta iniciativa, que combina baile en grupo, exercicio físico e entretemento para manterse en forma, estiveron o Concello e diversos establecementos comerciais do municipio.
XULLO CAMpAMEntOS DE vERÁn Do 11 de xullo ao 8 de agosto. De 9:30 a 13:00 h. no CPI Pontecarreira, piscina, campo de fútbol... Maiores de 4 anos. Inscricións antes do 6 de xullo. Prezo quincena: 20 € (empadroados) e 35 € (outros): Mes completo: 50 € e 70€.
AGOSTO
ACTIVIDADES DE VERÁN 2016 CONCELLO DE FRADES información e inscricións no Concello de Frades
981 69 55 67 981 69 56 63
www.concellodefrades.es
XOvES DE pRAiA 4, 11, 18 e 25 de agosto. Praia de Boiro. 7 €/día ou 25 €/mes (empadroados). Nenos de ata 12 anos: 5 €/día. Outros: 10€/día. RUtA DE SEnDEiRiSMO Sábado 6 de agosto. Ruta do Tambre. Área recreativa Os Pasos. Gratuíta. CAMpUS DE FÚtBOL 9, 10, 11, 17, 18 e 19 de agosto. De 10:00 a 13:00 h. Campo municipal de Abellá. De 5 a 13 anos. Prezo: 10€ (empadroados) e
SETEMBRO EXCURSiÓn A AStURiAS Sábado 10. Opcións: descenso do Sella en Canoa ou visita a Covadonga e lagos. Adultos: 25€ (empadroados) e 35€ (outros). Ata 12 anos: 20€ e 30€. EXCURSiÓn A MADRiD E tOLEDO 16, 17 e 18 de setembro. Posibilidade de ir ao Parque Warner. Prezo: 160€. (empadroados) e 185 (outros). Nenos: 120 e 145 €.
Descontos por segundo irmán de 20 e 40 €. XOvES DE pRAiA 21 e 28 de xullo. Praia de Boiro. 7 €/día ou 25 €/mes (empadroados). Nenos de ata 12 anos: 5 €/día
Sábado 23 de xullo. Prezo: 25 € (empadroados) ou 30 € (outros), xantar incluido.
EXCURSiÓn FOZ- pRAiA DAS CAtEDRAiS
EXCURSiÓn AO AQUApARK Venres 29 de xullo. De 13:00 a 20:00 h. O Concello subvenciona o transporte. Prezo: gratis (0-4 anos), 5 € (empadroados) e 8 € (non empadroados)
15 € (non empadroados).
Pista municipal de Ledoira. Gratuita.
EXCURSiÓn inFAnti L AOS MUÍñOS DA BAROSA (BARRO-pOiO) Venres 12 de agosto. Os nenos farán un taller de pan. Prezo: 15€ (empadroados) e 20 € (outros), xantar incluido. Anotacións antes do 3 de agosto.
DÍA DA BiCiCLEtA Sábado 27 de agosto. 11:00 horas. Saída praza Ponte Carreira. Gratuita. Agasallos a todos os participantes.
XiX MARAtÓn DE FÚtBOL intERpAROQUiAL Domingo 21 de agosto, dende as 10:00 Campo municipal de fútbol de Abellá. iii tORnEO MUniCipAL DE tEniS Venres 26 de agosto pola tarde. CURSOS DE FORMACiÓn - Obradoiro de cestería/fiado - Manipulación de produtos fitosanitarios e renovación - Benestar animal - CAP transporte - Mozo/a de almacén - Carretilleiro/a - Xardinería - Xadrez - Poda e enxertos (2ª edición) - Horta ecolóxica (2ª edición) - Nutrición e dietética - Mecanografía para nen@s e adultos/as
CAMpiOnAtO DE pÁDEL Sábado 27 de agosto. 16:00 horas. Pista municipal de Papucín. Gratuíta. FEStA DA AUgA Domingo 28 de agosto. A partir das 16:00 horas. Gratuita. Inchables, tobogán de auga, deslizantes, festa escuma e outras sorpresas. Piscina municipal de Papucín. CURSOS DE FORMACiÓn: - Manipulador de alimentos. 20€. Multiúsos. Horario a determinar cando se forme grupo. - Fotografía. Duración: 12 horas. Prezo: 40€. Os sábados no multiúsos (cando haxa grupo) - informática. 20€/mes, 2 días por semana (2 horas ao día). Internet e Office. - Plantas aromáticas e medicinais. Duración: 16 horas. Prezo: 20€. Horario: sábados, de 10:00 a 12:00 horas. Comezo en canto se forme grupo de 20 alumnos/as. - graduado en ESO. Convocatoria de setembro. Multiúsos. Maiores de 18 anos
18
Crónicas - Xullo 2016
xente dE aquí ORDES
FRADES
O curso de habilidades sociais continuará a vindeira tempada
Entregan as bolsas locais de transporte e material escolar
O curso desenvólvese no Mesón do Vento e este ano incorporou excursións
Entrega das axudas locais no salón de plenos do consistorio fradense
O curso de habilidades sociais para persoas con diversidade funcional rematou a finais de xuño, pero volverá en setembro. No acto de clausura, na aula adaptada do Mesón do Vento, a concelleira de Benestar Social de Ordes, Susana García, garantiu a continuidade
As bolsas municipais para transporte e para material escolar do Concello de Frades chegaron a 41 familias neste curso 20152016. Foron entregadas a finais de xuño no consistorio, de mans do alcalde, Roberto Rey, e do concelleiro de Educación, Manuel Fe-
desta iniciativa. A decena de participantes recibiu un diploma e varios agasallos, ademais da felicitación polos avances obtidos neste curso. Esta actividade pretende que gañen en autonomía persoal e á vez facilitar tempo libre para as súas familias.
rreiro. A contía total das axudas é de 3.670 euros. O incremento do número de solicitudes fixo que se gastasen 600 euros máis que no curso previo. As axudas de transporte son para estudantes de Bacharelato e FP, as de material para primaria e secundaria.
MESÍA
FRADES
A saída multiaventura enche de diversión o encoro de Beche
Celebran o campionato infantil municipal de pesca en Céltigos
Participantes na saída multiaventura, nun dos merendeiros do encoro
A participación no campionato duplicou a de edicións anteriores
Unha saída multiaventura programada polo Concello de Mesía levou 85 nenos e nenas ata o encoro de Beche, no municipio de Abegondo. Os cativos participaron en actividades como o tiro con arco, paseos en caiac polas augas do encoro, paddle surf, obradoiros de globoflexia, xogos inchables,
O campionato de pesca infantil de Frades sumou este ano uns corenta nenos e nenas participantes, segundo o Concello case o doble do que viña sendo habitual nos últimos anos. A práctica totalidade estiveron acompañados por familiares, o que fixo que unhas setenta per-
escalada ou rocódromo. A xornada no encoro foi complementada cunha tarde na praia de Gandarío, de acordo coa convocatoria da actividade. A participación estivo en todo momento organizada, dirixida e supervisada por monitores especializados para evitar riscos.
soas se achegasen ata Campoduro (Céltigos), lugar onde se desenvolveu a proba. Ao remate, o alcalde, Roberto Rey, e os concelleiros Juan Carlos Portos, Manuel Ferreiro e Ramón Garabato entregáronlles trofeos conmemorativos a todos os participantes.
Crónicas - Xullo 2016
19
DEPORTES PATINAXE Máis de 330 patinadores compiten no II Trofeo Concello de Ordes de Patinaxe Grupos Show
Os equipos locais acadan varios postos destacados
A segunda edición do Trofeo Concello de Ordes de Patinaxe Grupos Show, celebrada no pavillón Castelao I, superou os 330 participantes, con idades comprendidas entre os oito e os vinte anos e pertencentes a dezaseis equipos de toda a contorna. Dous clubes locais, o CP Galia de Ordes e o CP Oroso, obtiveron varios postos destacados. Así, na categoría de cuartetos de secundaria, o primeiro posto foi para
Orión
o CP Brincadeira (A Coruña), o segundo para o CP Apóstolo Santiago (Vigo) e o terceiro para o CP Galia (Ordes). En cuartetos de primaria, a primeira praza acadouna o CP Patiart-Coristanco e a segunda o CP Oroso. Xa no grupo de pequenos de secundaria, gañou a AD Liceo La Paz (A Coruña), co CP Galia segundo e a AD Fontiñas (Santiago) en terceiro lugar. Nos grupos grandes de secundaria,
o CP Brincadeira foi primeiro, o CP Conxuro (A Laracha) segundo e a AD Fontiñas terceira. Nos grupos grandes de primaria, primeira praza para o CP Costa da Morte (Cee), segunda para o CP Rosaleira Mos (Pontevedra) e terceira para o CP Axel-Arteixo. Por último, entre os grupos pequenos de primaria, venceu a AD Liceo La Paz, seguida do CP Brincadeira e do CP AxelArteixo.
Os premios foron entregados polo alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e polo concelleiro de Deportes, Luís Caamaño. O polideportivo estivo repleto de público, tanto local como acompañante dos diversos equipos que se achegaron a Ordes. A grande afluencia demostrou a considerable afección que ten esta modalidade deportiva no municipio e no conxunto da comarca.
Adopta, acolle, faite socio!!!
646 635 340
segundaoportunidade.ordes@gmail.com
Margarita
Non merques, non abandones
20
Crónicas - Xullo 2016
DEPORTES TAEKWONDO
HOCKEI Na competición participaron oito equipos, de Galicia, Cataluña e Austria
Ouros para Gacio e Boudjenane, e bronce para Loureiro no Open de Miranda de Ebro
Os veteranos reciben unha homenaxe no I Torneo de Hockei da A.C. Ordes
Os medallistas, tras a competición
Os deportistas da comarca triunfaron no XXXI Open Internacional Miranda de Ebro de taekwondo. Sara Gacio Cendal foi ouro en cadete e Mateo Boudjenane Liñares ouro en infantil, mentres que Christian Loureiro López se fixo coa medalla de bronce da súa categoría.
A celebración do I Torneo Club Hockei A.C. Ordes congregou centos de persoas no polideportivo Castelao I de Ordes
Con eles e con elas empezou todo. Os veteranos e veteranas da A.C. Ordes recibiron unha homenaxe no I Torneo Club Hockei A.C. Ordes, disputado a comezos de xullo. Foron recoñecidos como os “auténticos responsables da grande acollida e afec-
ción que Ordes sente por este deporte”, no que o municipio ocupa un lugar moi relevante no mapa. A competición reuniu oito equipos, procedentes de Galicia, Cataluña e Austria: o A. C. Ordes, o Patín Oroso, o Hóckey Compostela, o Cer-
danyola Club D´Hoquei, o Rho Dornbirn, o Club Hóckey Oleiros, o Club A.A. Dominicos e o C.M. Ferrol. O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e o concelleiro de Deportes, Luis Caamaño, foron os encargados de entregar os trofeos.
PREMIOS A xornada recoñeceu o labor de clubes, deportistas e tecido empresarial na actividade deportiva
Sara Gacio Cendal, premiada como mellor deportista do ano no Día do Deporte do Concello de Oroso Sara Gacio Cendal, de Deixebre, foi premiada como a mellor deportista do ano no Día do Deporte de Oroso. Aos seus catorce anos, é subcampioa galega cadete de taekwondo e en dúas ocasións obtivo a medalla de bronce coa Selección Galega de Taekwondo, para o Open de España 2016 e o Campionato de España Cadete 2016. A xornada, que celebrou a súa terceira edición este ano, recoñeceu a traxectoria e dedicación ao deporte en Oroso de José Carlos Otero Álvarez, Amancio Espiñeira Raña e Gonzalo Goyanes López. Como empresas que apoian o deporte, recibiron galardóns Supermercado Autoservicio Familia, Integral Motion Automoción e Autos Grabanxa. E as entidades Club Patín Oroso e Club Ximnasia Oroso obtiveron o recoñecemento especial ao club deportivo. Todas as entidades deportivas do municipio recibiron un agasallo conmemorativo polo seu labor. Foron o Club Leones Béisbol, o Club Oroso Fútbol Sala, o Club Escola Deportiva
Gacio (segunda pola esquerda), máis os representantes dos distintos clubes premiados no III Día do Deporte de Oroso
Xuventude Oroso, o Club Taekwondo ITF Oroso, o Club Hípico Amazonas e Cabaleiros de Oroso, o Club Ciclista Tambre Bike, o Club Oroso Motor Sport, o Club Patín Oroso, o Club Oroso Tenis de Mesa, o Club Tambre Pitch & Putt, o Club Xadrez Oroso, o
Club Ximnasia Oroso, a SD Deixebre e o Sigüeiro FC. Tamén se repartiron medallas entre os integrantes destas entidades e os participantes das escolas deportivas municipais. O alcalde, Manuel Mirás, anunciou no Día do Deporte, un incre-
mento das axudas municipais ás entidades deportivas nos orzamentos do Concello para 2017. O concelleiro de Deportes, Luís Rey, felicitou ao mundo do deporte de Oroso polos éxitos dos últimos meses e pola mobilización social que acadan.
Crónicas - Xullo 2016
21
DEPORTES MULTIDEPORTE Participan máis de cincuenta nenos e nenas de ata doce anos
TENIS
O Campus de Verán 2016 de Ordes dálle cabida a todo tipo de deportes no complexo de Vista Alegre
O IX Torneo Concello de Mesía admite inscricións ata o luns 1 de agosto
O campus deportivo da S.D. Club Ordes ofrece a posibilidade de entreterse e practicar unha manchea de especialidades
Xa se está desenvolvendo nas instalacións deportivas de Vista Alegre, en Ordes, o Campus de Verán 2016, que organiza a Sociedade Deportiva Club Ordes coa colaboración do Concello. Esta iniciativa acada os cincuenta nenos e nenas participantes, con entre tres e doce anos de idade. En vez de centrarse nunha única especialidade ou ofrecer un horario reitera-
FÚTBOL
O Cerceda volveu quedar a un paso de cumprir o seu soño de ascender á Segunda División B Outra vez máis, afogando na beira. O Cerceda quedou de novo a un paso de lograr o desexado ascenso á Segunda División B. O pase xogouno contra o Atlético Sanluqueño. No partido de ida, en terras de Cádiz, lograron un valioso empate sen goles, o que mantiña moi vivas as esperanzas para a volta, no Roxo. Pero un gol do rival no inicio da segunda parte e outro ao remate frustraron o traballo de moitos meses. Inasequible ao desalento, o equipo traballa xa coa mente posta na vindeira tempada. Un dos primeiros cambios foi a marcha do presidente, José Antonio Costiñán. Ramón Devesa, ata agora vicepresidente, asume o cargo de maneira provisional. Como adestrador continúa Ángel Cuéllar. E como primeira fichaxe para a tempada, o equipo xa confirmou a Javi Otero, procedente do Negreira. Juan, Popi, Javi Rumbo, Marcos Valín, Abelenda, Angeriz, Uzal, Uxío, Agulló, Ares e Caridad renovan. Entre as baixas, destacan as de Quintela, Martín e Capelo.
tivo, caracterízase por unha ampla oferta de deportes variados, de maneira que cada xornada é diferente á anterior. Fútbol, rugbi, béisbol, natación, atletismo, voleibol, aeróbic, zumba, deportes acuáticos, xogos tradicionais, xincanas... A oferta do campus non deixa lugar ao aburrimento e inclúe tamén torneos, concursos, xornadas temáticas e acampadas.
O exercicio físico, sen esquecer os contidos educativos, é unha opción cada vez máis demandada polas familias dos escolares nas vacacións, por canto serve para diminuír os problemas que ocasiona a tendencia ao sedentarismo entre os máis pequenos, mellora a súa capacidade de relacións social e para os proxenitores facilita que compaxinen a súa rutina diaria co descanso dos cativos.
FÚTBOL
XADREZ
Pena Varela gaña o Torneo Villa de Gijón na categoría sub-1800 Martín Pena Varela, xogador do Club Xadrez Oroso, gañou o Torneo Villa de Gijón na categoría sub-1800. Pena iniciou o torneo no posto número 49 do ránking e rematou no número 23. O torneo contou coa participación de grandes mestres de diversas nacionalidades. Algún deles foi superado polo de Oroso e con outros igualou, o que demostra unha vez máis a extraordinaria capacidade do integrante do Xadrez Oroso para este deporte. De feito, Martín xogou durante todo o torneo con varios xogadores que a priori teñen maior nivel ca el, todos persoas adultas. A organización do torneo, o Real Grupo de Cultura Covadonga, indica que competiron no torneo máis de cincuenta xogadores, dez deles destacados titulados internacionais. Días antes, Pena Varela foi tamén campión nas categorías de menores de idade e sétimo na categoría absoluta no Torneo de La-
A novena edición do Torneo de Tenis Concello de Mesía admite inscricións ata o luns 1 de agosto, remitindo os datos ao enderezo electrónico elenarocamoro@concellodemesia.gal. Ao día seguinte sortearase o cadro de competición, para ser publicado o día 3. Está programado o inicio e a primeira rolda do torneo entre os días 5 e 11 de agosto, a segunda do 12 ao 18 e as semifinais entre o 19 e o 25. As finais serán o 27 de agosto, entre as 17 e as 20 horas. Os horarios das eliminatorias serán os que acorden as persoas que compitan, dentro da semana de prazo. A competición, patrocinada por Coca-Cola, disputarase nas pistas de tenis do complexo lúdico e deportivo de Mata, en Xanceda (Mesía). Contará con categorías masculina, feminina e dobres (mixta ou non). Os partidos xogaranse co sistema de eliminación automática tras dous sets, con autoarbitraxe.
Pena Varela, recollendo a súa distinción polo éxito acadado en Gijón
lín (Pontevedra), no que participaron máis de setenta xogadores. Pena só perdeu ante o campión do torneo, Juan Jesús Sanz.
As débedas fan que o Mesón do Bento CF desista de competir a vindeira tempada Un alto no camiño, con promesa de volver a el. Iso é o que anunciou a directiva do Mesón do Bento Club de Fútbol na xornada do 12 de xullo. Salvo un xiro radical de última hora nos acontecementos, o equipo desiste de competir na tempada 20162017, por falta de capacidade económica. As razóns anunciáronas nunha breve mensaxe a través das redes sociais. O equipo, tal como aseguraron “arrastra débedas que non pode afrontar”, de maneira que optaron por aparcar a competición ata atopar unha solución e encauzar de novo a entidade. O seguinte paso previsto pola directiva é convocar unha asemblea de socios “coa intención de chegar a acordo”. O equipo, que ao longo da súa traxectoria acumulou notorios éxitos e tamén inevitables fracasos, como se estivese subido a unha particular montaña rusa, ten claro que o punto final da súa historia non chegou. De feito, a mensaxe da directiva remata cun “volveremos”.
22
Crónicas - Xullo 2016
DEPORTES ATLETISMO
ATLETISMO
Rodríguez faise cun ouro e dous bronces no español de veteranos
David Santos Domínguez gaña a Carreira Popular de Begonte
Primeiro posto en xavelina e terceiras posicións en martelo e en salto de altura
A atleta ordense Ánxeles Rodríguez del Río sumou novos éxitos nas últimas semanas á súa ampla traxectoria deportiva. Na súa participación no Campionato de España de Veteranos de atletismo en pista ao aire libre, Rodríguez volveu con tres medallas. A máis destacada, a de ouro, acadouna na proba de lanzamento
de xavelina. E as outras dúas, de bronce, mereceunas nas modalidades de lanzamento de martelo e de salto de altura. Rodríguez é un dos grandes referentes do atletismo popular do municipio ordense. Destaca polo seu bo ánimo e unha laboriosa e desinteresada implicación en numerosos eventos deportivos.
Santos avantaxou en case un minuto o segundo clasificado da carreira
O atleta ordense David Santos Domínguez, do club Celta de Atletismo, proclamouse gañador da Carreira Popular do Concello de Begonte, en Lugo. Santos completou o percorrido da proba, duns 5,5 quilómetros de lonxitude, nun tempo de 17 minu-
tos e 2 segundos. Gonzalo Basconcelo, o segundo clasificado, precisou 56 segundos máis. Na clasificación feminina impúxose Ester Navarrete, tamén do Celta de Atletismo. A carreira superou os 220 inscritos, de moi diversas idades.
FÚTBOL
NATACIÓN
O campus do Celta en Sigüeiro enche o mes de xullo de deporte
Éxitos de Paula Ferradás e Andrea Goimil no campionato de España
O alcalde e o concelleiro de Deportes visitaron as sesións de adestramento
O Campus de Fútbol da Fundación Celta de Vigo desenvólvese en Sigüeiro (Oroso) ata finais de xullo, cunha participación de 35 nenos e nenas de entre catro e dezaseis anos, como media das distintas quendas. Nesta actividade, formadores do Celta ensinan técnicas e tácticas deportivas, a modo de concen-
tración dun equipo de fútbol. Iso polas mañás, mentres polas tardes a programación diversifícase e ofrece varias propostas de ocio, como sesións de multideporte, piscina, pádel, squash, rutas de sendeirismo, saídas ao parque acuático, visitas ás instalacións do Celta ou charlas e proxeccións relacionadas co deporte.
Dúas deportistas do Club Natación Cerceda obtiveron resultados moi destacados no recente Campionato de España de Salvamento. Esta competición desenvolveuse en Castellón, desde o 29 de xuño ata o 3 de xullo, con categorías alevín, infantil e cadete. O maior éxito foi o de Paula Ferradás, que acadou a medalla de ouro na proba de carreira con nipper. A ese metal suma unha prata na proba de 25 arrastre. Nesta mesma clasificación, a súa compañeira Andrea Goimil foi medalla de bronce. Tanto Ferradás como Goimil competiron na categoría alevín e conforman dous grandes valores de futuro no Club de Natación Cerceda. De feito, na tempada que rematou recentemente Andrea Goimil xa acadara ser campioa galega en piscina, mentres que Paula Ferradás obtivera o primeiro posto a nivel galego na competición de augas abertas.
Ferradás e Goimil, coas medallas
Estes éxitos son unha boa mostra do excelente nivel técnico co que conta o C.N. Cerceda.
crónicas - Xullo 2016
23
OPiniÓn Os paxariños da Alameda
Sección de chíos, murmuracións e faladorías pilladas polo aire, unhas máis certas que outras
Desplumados quedaron os inimigos do alférez ao ver que todos os informes que levan feito nestes meses, e que aquí xa fomos piando, nin sequera dan para despeinalo en comparación coas filtracións do anónimo paxaro. Tan tradicionais son nos seus métodos que todo o fan aínda con máquina de escribir, algún incluso con pergamiño, e non se lles deu por guglear. A de noites de indagacións que terían aforrado! Xa pensan en anotarse en cursos.
Outros paxaros consideran en cambio que o material vai ser aínda moi útil, non tanto para acosar ao agraciado senón para pugnas maiores, de momento todas máis alá do río. Chegado o caso, a peza caerá de por si, se é que emprenden a loita xeral, pero non se conforman con iso e preparan a estratexia para ir á caza maior con munición de caza menor. Que caia o corzo co perdigón da perdiz. Moita gracia vai dar a gracia, tantos anos despois.
O que algúns lamentan é non ter sabido antes do feito. Un ano antes podería ter sido unha peza de artillería letal, incluso excesiva para a batalla de entón. “Quen ía pensalo? Co formal que parece! En que cabeza cabe?”, foi o que se lle escoitou a un que foi gaivoto e hoxe está reciclado para causas perdidas. E ademais os seus voos tamén eran por aqueles tempos, pero noutras latitudes.
Entre os gaivotos, que se enteraron tarde da papeleta e de primeiras dubidaron da súa veracidade, apareceu un conflicto ético. Máis aparente que fáctico. A garza interpreta que de moral están ben e que non terán pudor ningún en difundir o real perdón. A golosina é demasiado apetitosa como para non devorala. Pero á vez pensan que pode haber quen lles faga o traballo sucio, limpamente e co mesmo fin.
Porque a impresión xeral é que o alférez vai ter máis feridas por espiñas que por picos. De feito, xa se ordeou unha contra-investigación. Pero hai tanto sospeitoso que xa parece que a mellor alternativa sería montar unha santa inquisición e queimar toda a roseira. Pero tratándose de medidas de perdón, tremendo sería o castigo, máis cando os presuntos rivais teñen toda facilidade para cambiar de póla. O caso é que o nocturno xa cavilou en que determinados encontros e agasallos teñen que ver con que a ave prefire comprar silencios, garantirse que só apunten dedos amigos. Todo virá pola senda axeitada. E entón, os que poden calar, non pían. Porque de momento aprovéitanse máis dos agasallos e aloumiños, todos froito do medo, que do
que lles podería reportar airear un trapo de tanto tamaño. E porque ademais sospeitan que na bandada haberá quen monte un bo vendaval e leve a ave por diante. Estarían libres de toda culpa e sospeita. A cadratura do círculo, como para xogar o Gordo do Nadal no 08112. Noutro niño, os ornitólogos non queren ver de momento máis que comportamentos teatreiros propios da especie, que nin sequera adoita utilizar o niño, no xogo de presións co que sorprenderon aos máis incautos. Entre os da especie tivo certa acollida, sen decatarse de que poñen outra vez no aire as súas propias contrariedades e contradiccións. Claro que outros observadores xa viron que, ademais de gañar protagonismo e atender a nova bandada, pode suceder que non haxa teatro algún. E entón o espectáculo sería formidable. Por iso, o gaivoto aposta aínda polo decoro, que as contas xa cadrarán.
Crónicas
Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.
crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L. Peche de edición: 15-07-2016. Depósito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com
ORDES Tres estudantes do IES Maruxa Mallo foron escollidos para o proxecto ESTALMAT Galicia
non hai ningunha incógnita que se lles resista Andrea Caneda Pájaro, Manuel Rama Villasenín e Ana Rodríguez Blanco son tres estudantes do IES Maruxa Mallo de Ordes escollidos para participar no proxecto ESTALMAT Galicia. Trátase dunha iniciativa que procura detectar e estimular o talento nas matemáticas. É algo do que saben moito no centro, terceiro por equipos nun certame da unisersidade compostelá e primeiro nunha competición da Fundación Barrié de la Maza. A Caneda, a Rama e a Rodríguez sempre lles saen as contas, por complexas que resulten. A súa capacidade para as matemáticas xa non pasaba inadvertida no instituto, non era unha incógnita, e agora vese recoñecida coa selección para o ESTALMAT Galicia. Este proxecto, promovido pola Facultade de Matemáticas da Universidade de Santiago de Compostela (USC), ten precisamente como finalidade non deixar pasar os novos talentos que van aparecendo por toda Galicia.
pLAZAS LiMitADAS
Os tres estudantes do Maruxa Mallo situáronse entre os 25 de toda Galicia que superaron as difíciles probas do ESTALMAT
Nesta décima edición, presentáronse ás probas de selección 365 alumnos e alumnas, matriculados en 23 centros académicos de 15 localidades. Superáronas 25, tres deles os estudantes do Maruxa Mallo, o que o converte no centro con maior éxito nesta proba de moi alto nivel. A participación no ESTALMAT favorece que os estudantes poidan estimular e desenvolver a súa capacidade para as matemáticas. Doutro xeito, nas esferas convencionais da familia ou do ensino, quizais o seu talento podería quedar desatendido
CURSOS DE EMpEZAMOS En SEptiEMBRE MASAJE PROFESIONAL
CLASES tEÓRiCO-pRÁCtiCAS pLAZO DE MAtRÍCULA ABiERtO JULiO Y AgOStO 35% de descuento https://escuelademasajeiris.es
INFÓRMATE: 610 794 823 EN CERCEDA
e desaproveitado, e a súa habilidade podería botarse a perder. Tal como asegura a organización do proxecto universitario, este talento acabará beneficiando o conxunto da sociedade. Non hai que esquecer que detrás de cada avance tecnolóxico e de numerosas ferramentas que utilizamos no día a día, desde a máis sofisticada ata a máis rutinaria, está a aplicación do coñecemento matemático. O IES Maruxa Mallo escribe así unha nova páxina de éxitos neste eido, despois doutros recentes como
o terceiro posto a nivel de Galicia nun certame por equipos organizado pola USC e o primeiro posto nun dos premios matemáticos da Fundación Barrié de la Maza. E outro feito que non debe pasar inadvertido recálcao Elena Vázquez Cendón, coordenadora xeral e profesora do Departamento de Matemática Aplicada: “para min tamén é altamente satisfactorio que se trate de dúas rapazas, o que deixa claro que as mulleres tamén temos preferencia pola ciencia matemática”, asegura.