Crónicas
Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 32 - Agosto de 2016
Verónica Dono
GAFA GRADUADA CON ANTIREFLEJANTE +
GAFA DE SOL GRADUADA desde
97 €
casou. UxO, o partido do anterior alcalde, Manuel Regos, teríalle suxerido ao BNG a operación, ofrecéndolle in-
cluso a alcaldía. Os nacionalistas rexeitaron na práctica a moción, ao poñer como condición para sentar a falar as
GAFA PROGRESIVA +
GAFA DE SOL PROGRESIVA desde
197 €
TU ÓPTICA DE CONFIANZA
Rúa Recreo nº 9 ORDES - Telf: 981 685 045
Fracasa o primeiro intento de moción de censura en Ordes O primeiro intento de presentar unha moción de censura contra o goberno en minoría do PP en Ordes fra-
Síguenos en
dimisións de Regos, González e Marín. Todos negan unha proposta formal, só admiten conversas informais. Páx. 2
Reivindica acordo nos grandes asuntos
ORdeS
Posible axuste de contas no asasinato do porteiro dun pub Páx. 10
eNtReViStA
Mandaio e Sánchez, homenaxeados no día do emigrante Páx. 32
ORdeS
Medio millón para obras nos colexios durante o verán Páx. 7
ORdeS
entrevista co alcalde, José luis Martínez Sanjurjo
Páxs. 16-17
O goberno decide agora contratar os desbroces por fóra Páx. 4
OROSO
Arquivado provisionalmente o caso das ventás do colexio
ecONOMíA
Páx. 15
O leite sitúase no prezo máis baixo no que vai de decenio
Viriato pide concurso de acredores pero vese viable
Páx. 2
Mecá
ORdeS
nica e Neum átic a
Páx. 14
Taller multimarca Amortiguadores Distribucións Mecánica en xeral Frenos e neumáticos Presupostos sen compromiso Revisións I.T.V. Diagnoses multimarca Cambios de aceite Aliñado de dirección Embragues Aire acondicionado
Fonte Estrei 28-30 Baixo, 3 15680 Ordes (A Coruña) talleresdepradoegranado@gmail.com / Telf: 981 68 85 73 / Móbil: 671 79 57 61 / Permanente: 696 42 27 94
2
Crónicas - Agosto 2016
Actualidade ORDES Unión por Ordes suxeriulle a operación ao BNG, que lle puxo grandes obstáculos na súa asemblea local
Amago de moción de censura contra o PP De momento, fracasou. O intento de presentar unha moción de censura para desaloxar da Alcaldía de Ordes a José Luis Martínez Sanjurjo (PP) non pasou de ser un amago. A operación foille suxerida por Unión por Ordes (UxO), o partido do exalcalde Manuel Regos, ao BNG. Con seis concelleiros, os independentes ofrecíanlle incluso a alcaldía a Pablo Vidal, portavoz do grupo nacionalista, con tres edís. Na práctica, o Bloque rexeitouna coas condicións que lle impuxo. A manobra levaba uns días soando cada vez con máis intensidade nas tertulias de bares e tabernas. A situación chegou a tal punto que o BNG decidiu convocar a súa asemblea local para posicionarse sobre a idea. A decisión final foi poñer como condición a dimisión de Manuel Regos, Silvia Marín e Roberto González, os tres maiores referentes de UxO. Os nacionalistas xustificaron que a traxectoria política dos tres “e as súas prácticas regresivas e caciquís nas anteriores lexislaturas fan incompatible a conformación dunha alternativa real de goberno”. Cómpre lembrar que Regos e González formaron parte de gobernos do PP e que Ma-
rín segue por agora imputada na chamada Operación Pokémon, que parece non ter remate na súa lentísima tramitación xudicial. Ademais de ser improbable a triple dimisión, a do Bloque nin sequera era unha condición para presentar a moción de censura, senón para “poder sentarse a falar sobre a posibili-
TRAZO
OROSO Non apreza ilegalidades na xestión do goberno, só “un simple erro material”
O Concello crea un servizo de asistencia xurídica gratuíta para a veciñanza
O xulgado decreta o sobresemento do caso da factura das ventás do colexio
O Concello de Trazo creou un novo servizo de asistencia xurídica gratuíta para a veciñanza. Segundo a información difundida polo Goberno municipal, o servizo, do que se encarga un avogado, atende consultas sen supoñer un custo directo para os veciños e veciñas que acudan a el. A atención ás persoas interesadas ofrécese os primeiros luns de cada mes nas propias oficinas da Casa do Concello. O inicio da atención é a partir das once da mañá desa xornada. O Concello non considerou preciso establecer ningún sistema de cita previa para o acceso dos usuarios. Explica que as persoas que acudan, dentro desa periodicidade mensual, serán atendidas por orde de chegada. A difusión do novo servizo foi efectuada polo Goberno de José Dafonte a través dun bando da Alcaldía, publicado tamén na páxina web municipal e nos seus espazos nas redes sociais.
José Luís Martínez Sanjurjo, en primeiro termo, observado por diversos membros da corporación municipal tras ser investido alcalde de Ordes hai algo máis dun ano
O xulgado de Ordes decretou o sobresemento provisional do coñecido como caso das ventás do colexio de Sigüeiro. Trátase da causa por suposta prevaricación administrativa contra o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e catro concelleiros da Xunta de Goberno á altura do verán de 2014: Antonio Leira, Eduardo Veiras, Luís Rey e Jaime Carneiro. A xuíza indica no seu auto, que admite recurso, que “non se apreza ilegalidade na decisión adoptada, senón un simple erro material na designación da empresa adxudicataria dunha obra pública”. Asi, a sentenza lembra que na proposta de gasto se propón ao mesmo contratista que cobrou a factura e ao mesmo que a Xunta de Goberno Local aprobou comprometer o gasto das facturas emtidas por esa empresa. O erro estaba no decreto que aprobada o expediente de gasto, que tiña designada outra empresa diferente pero de denominación social moi similar. Segundo os denunciantes, a firma que recibira o diñeiro foi creada pola esposa do administrador da que foi
dade”. Os nacionalistas, que remarcan o seu rexeitamento ao goberno do PP, negaron “negociacións con outras forzas, en concreto con UxO, e moito menos acordos”. Limitaron todo a “algunha conversa informal e comentarios sen ningunha concreción práctica”. UxO pronunciouse en parecidos
termos sobre o alcance dos contactos. Desde o principio, en declaracións a Crónicas, a súa portavoz, Silvía Marín, negou que tivesen formulado calquera proposta. E unha vez que se pronunciou a asemblea do Bloque, UxO afirmou que “en ningún momento existiu unha reunión formal cos membros do BNG de Ordes”, só “conversas informais”. O que ningunha forza confirma nin desmente son contactos da formación independente ordense coa dirección nacional do BNG, co propósito de presionar os responsables locais para o relevo na Alcaldía. O comunicado de UxO dá conta tamén dunha reunión dos seus seis concelleiros para “expresar a nosa postura individual” sobre as informacións. Chama a atención que enfaticen que “quedou claro, na súa maioría, que a día de hoxe non se lle ía dar a Alcaldía de Ordes ao BNG”. O PP, que goberna en minoría con 7 edís de 17, fronte a 6 de UxO e 3 do BNG, optou por gardar silencio oficial ante a sucesión de noticias. Tampouco o PSOE precisou pronunciarse, ao ser irrelevante en calquera combinación a súa única concelleira.
berno que aprobaba o gasto e o compromiso de pago.
Mirás defendeu sempre que o goberno non vulnerou a legalidade
contratada, e que pola súa situación financeira non estaría en condicións de recibir directamente o pagamento, a raíz dun embargo ordeado pola Agencia Tributaria. A xuíza rexeita ademais declarar a causa como complexa e sostén que o erro non tivo consecuencias económicas para o erario local, posto que o erro cometeuse nun decreto da alcaldía e non no acordo da xunta de go-
INOCENCIA O alcalde defendeu sempre a súa inocencia e a dos demais concelleiros neste caso. Na súa intervención no xulgado, Manuel Mirás xa aventuraba que non tería maiores consecuencias e sinalara que “fíxose todo correctamente”. Atribuía o acontecido a un “erro humano” de persoal municipal. Ademais, o rexedor vinculou a denuncia que deu pé ao caso co PP. Nesa liña, sinala que o denunciante, o particular Manuel García, formara parte da candidatura do PP de Oroso nos comicios locais de 2011. O PP replicara situando a presunción de inocencia por riba de todo e expresando máximo respecto polo labor xudicial. Por aquel entón, o principal grupo da oposición municipal en Oroso sostiña que o alcalde quería “desviar a atención do caso”, sobre o que reflexionaba que “o importante é saber se se cometeu un delito de prevaricación no Concello e non quen interpuxo a denuncia”.
Crรณnicas - Agosto 2016
3
4
Crónicas - Agosto 2016
Actualidade ORDES Primeiros actos da precampaña autonómica
Feijóo asentou o seu banco azul en Ordes A convocatoria das eleccións autonómicas para o 25 de setembro intensificou aínda máis o ambiente de precampaña, na que será a cuarta cita da cidadanía coas urnas en pouco máis dun ano. Un dos primeiros actos en Ordes foi a visita do candidato á reelección como presidente da Xunta polo PP. Alberto Núñez Feijóo asentou no paseo fluvial o banco azul co que perco-
rre Galicia estes días, coa pretendida intención de que falar coa xente. Na visita, estivo acompañado polos integrantes do goberno municipal de José Luis Martínez Sanjurjo e outros militantes e simpatizantes do partido. Entre eles, a exconcelleira Estrella Vázquez, que demostrou ser unha boa pedichona e puxo ao presidente do seu partido ao día das necesidades da zona.
Feijoo, coa exconcelleira Estrella Vázquez, poñéndolle deberes ao seu presidente
ORDES Durante dous meses pódense reclamar carencias de máis do 2 % na superficie real das novas parcelas
Inician a toma de posesión de fincas na parcelaria de Parada II O que habitualmente se resolve co envío de cartas converteuse nesta ocasión nun acto político de primeiro nivel. A toma de posesión das novas fincas resultantes da parcelaria de Parada II foi anunciada nun encontro coa conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, acompañada por varios cargos do seu departamento, máis varios edís de Ordes, entre eles o alcalde, José Luís Martínez Sanjurjo, e Luís Caamaño. A toma de posesión comezou o 22 de xullo e é posible aínda sen contar cos títulos acreditativos da nova propiedade. A previsión da administra-
ción é entregarllos aos donos e donas de terreos máis adiante, nunha data que aínda non se determinou. De momento, durante sesenta días desde o inicio do acceso ás novas parcelas, as persoas adxudicatarias poden reclamar se a superficie real das novas fincas non cadra coa que figura no expediente de concentración. Iso si, a diferencia ten que ser maior do 2 %. Os escritos teñen que dirixirse á Xefatura Territorial de Medio Rural na Coruña. Esta concentración parcelaria comezou con 3.371 fincas. Coa reorganización van quedar en 1.103. En to-
Numerosos veciños acudiron ao encontro, con presenza da titular de Medio Rural
tal son uns 600 propietarios e propietarias, que pasan de ter unha media de máis de cinco parcelas e media a menos de dúas. Por suposto, gañan en tamaño, co que se poderá incrementar a productividade dos terreos e racionalizar os movementos entre núcleos de poboación e entre fincas e vivendas. A concentración facilita que as explotacións gandeiras, as que aínda
non pecharon, teñan unha oportunidade de modernizarse. Para as persoas interesadas en cultivos forestais, supón tamén certas vantaxes, ao erradicar na medida do posible o minifundismo das súas plantacións. A concentración de Parada II, que como tantas outras demorouse no tempo moito máis do razoable, precisou un investimento duns 2,1 millóns de euros, a maioría para camiños.
ORDES A oposición aproba a iniciativa do BNG para desbrozae cos tractores públicos
entre festas, acondicionamento de zonas verdes e outros traballos”. O voceiro nacionalista, Pablo Vidal, incidiu en que o actual rexedor “en 2014 defendera unha iniciativa similar e agora que o pode levar a cabo opta por seguir contratando empresas privadas para executar estes traballos”. O alcalde recoñeceu que está “completamente de acordo co fondo da moción”, pero que respaldala suporía deixar o traballo sen facer.
O goberno di agora que non dá feito todos os desbroces sen contratar unha empresa O que o verán pasado foi unha das medidas das que máis presumía o goberno de Ordes, co PP recén chegado ao poder, este verán parece que non pode ser. Os desbroces de pistas e espazos públicos xa non son asumidos polos dous tractores municipais e volven contratarse a unha empresa externa, medida que tanto se lle criticou no seu tempo ao anterior goberno, en mans de UxO. O cambio de criterio púxoo de manifesto o BNG, mediante unha moción plenaria na que insta ao alcalde a poñer a traballar os dous tractores
municipais nos desbroces de cunetas e pistas de concentración parcelaria que xa dependan do Concello, evitando contratar empresas privadas. Os nacionalistas reivindican tamén que todas as cunetas de pistas principais e secundarias, e de parcelarias entregadas, sexan rozadas polo menos unha vez ao ano. A proposta foi aprobada. Non recibiu o apoio do PP, pero si dos demais grupos, incluído UxO, que no pasado mandato defendera a contratación externa. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, que o ano pasado enfatizaba o
aforro que podía supoñer efectuar as tarefas cuns medios propios que había que amortizar, dicía, defende agora que sen contratarllas a empresas privadas “non se podería sacar adiante o traballo no periodo estival no que se ten que levar a cabo”. O Bloque lembrou que o Concello acaba de incorporar seis persoas á brigada de obras, o que supón “persoal abondo como para que os dous tractores fagan traballos de roza todo o ano”, di. Martínez Sanjurjo replica que “as brigadas municipais non dan abasto con todo o que hai que facer
POÑERSE AO DÍA O goberno pediu máis dun ano, ata finais de 2017, para poder poñer ao día o acondicionamento de pistas, cunetas e vías. A partir de aí, dá a entender que estaría en condicións de acometer de maneira regular “un plan de desbroce que incluiría poder rozar incluso as pistas secundarias polo menos unha vez ao ano”.
crรณnicas - Agosto 2016
5
PuBlicidAde
Colabora coas festas patronais de Ordes 2016 a Asociaciรณn Xuvenil Chilromirlo BANCO PASTOR: ES91 - 0238 - 8188 - 2906 -0015 - 3932
crónicas - Agosto 2016
6
ActuAlidAde OROSO A Deputación inviste uns 148.000 euros na obra, que rematará este ano
inminente comezo da senda peonil desde Porto Avieira ata a Falmega A construción dunha senda peonil entre a intersección de acceso á urbanización Porto Avieira e o lugar da Falmega, nas proximidades de Sigüeiro (Oroso), podería estar rematada a finais deste ano, de acordo cos prazos cos que traballa a Deputación. Hai uns días, tivo lugar o replanteo do proxecto, ao que se desprazou o deputado provincial de Infraestruturas Viarias, José Manuel Pequeño, acompañado polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e os seus concelleiros de Obras e Servizos, Eduardo Veiras, e de Seguridade Cidadá, Antonio Leira. Este último é tamén deputado provincial, ao cargo das áreas de Economía e Facenda, Contas, Persoal e Réxime Interior. Estivo tamén representada a empresa ‘Excavaciones y Obras Marcos’, á que se lle contrataron os traballos. A Deputación coruñesa inviste 148.382 euros na obra, ao longo da estrada DP-3801, que parte da capital de Oroso en dirección á Grabanxa. A senda, xustificada para a mellora
Replanteo do proxecto, no punto de inicio da futura senda peonil na DP-3801
da seguridade viaria, terá unha anchura de ata dous metros. Discorrerá pola marxe dereita da estrada,
en dirección á Grabanxa, e conectará dous tramos de beiravías xa acondicionados hai uns anos. En total, se-
rán case 1.300 metros de senda peonil, concretamente entre os puntos quilométricos 2 e 3,28. En canto ás caracterísiticas técnicas, a senda será moi semellante a outras que xa están rematadas no municipio. A superficie será unha mistura bituminosa en quente e o borde separativo coa estrada será de formigón. Nalgúns puntos con desnivel está contemplada tamén a execución dun muro de para estabilizar noiros, así como a colocación de barandas de madeira de piñeiro nalgúns tramos para garantir a seguridade. “TERÁ MOITO USO” O alcalde deixou dúas mensaxes claras no acto de replanteo, unha sobre as posibilidades de utilización da nova senda e outra cun cariz político e partidista. Así, Manuel Mirás encargouse de sinalar que se trata dunha infraestrutura “que a poboación da Gándara e de Sigüeiro nos estaba pedindo desde hai tempo, pero que non foi admitida polo anterior goberno do PP na Deputación durante os seus catro anos de mandato”. Segundo Mirás, a senda terá “un alto grao de utilización por parte dos veciños e veciñas, xa que se trata dunha zona moi axeitada para pasear e comunicarse a pé coa capital municipal”.
FRADES
A Deputación saca a concurso a obra en Vista Alegre (Galegos) A Deputación licitou as obras para a mellora da seguridade viaria na estrada DP-3802 ao seu paso polo lugar de Vista Alegre, na parroquia de Galegos (Frades). A senda peonil está orzamentada en máis de 149.000 euros e admite propostas de empresas ata este 16 de agosto. O procedemento de contratación é aberto e o criterio para a adxudicación será o prezo proposto.
Unha vez contratadas, as obras terán un prazo de execución máximo de seis meses. A senda beneficiará o tramo entre os puntos quilométricos 8,36 e 9,33 da estrada provincial de Ordes á Pontecarreira. Serán por tanto case mil metros de senda peonil. A anchura será de ata 1,80 metros e levará un borde de formigón para separar este espazo para camiñantes do vial xeral da estrada.
Antes de acometer a senda, está previsto canalizar os servizos xerais xa existentes na zona madiante unha tubaxe de plástico PVC. Tamén se soterrará a instalación correspondente ao sistema de alumeado público. En todo o tramo, habilitaranse 23 arquetas para derivar a auga da chuvia e tres pozos de rexistro para a recollida e canalización da auga. O alcalde de Frades, Roberto
Benqueridos veciños e veciñas: Quero desexarvos unhas felices festas na honra ao Santísimo Sacramento e Santa Eufemia. Sempre desfrutei destas festas e doíame especialmente ver os problemas xurdidos nos últimos anos, que mesmo puxeron en entredito a continuidade duns festexos de tanta tradición no noso pobo. Por iso, é xusto recoñecer e agradecer o labor de todas aquelas persoas da Comisión de Festas que fan posible, co seu tempo e esforzo, que todos poidamos gozar duns festexos de calidade. Un simple vistazo ao programa é testemuño dun traballo ben feito: Grupo Pacífico e Orquestra Panorama (Venres 26 de agosto), EM-Music e El Combo Dominicano (Sábado 27) e Grupo Máster (domingo 28). Espero que as festas sexan do voso agrado e que todos as disfrutemos na compaña da nosa familia e amigos. Estou convencido de que, co bo traballo da Comisión de Festas e coa extraordinaria colaboración dos nosos veciños e veciñas, as Festas de Sigüeiro e Barciela volverán ser un referente na comarca. Manuel Mirás Franqueira. Alcalde de Oroso
Rey, acolleu con satisfacción que se licite a obra. Sinala que había “varios anos” que o Concello pedira este proxecto, polo que “temos que agradecerlle unha vez máis ao Goberno da Deputación da Coruña que respectase o compromiso aprobado polo anterior presidente, Diego Calvo”. Agora agarda a reparación das beirarrúas na Pontecarreira, preto do colexio.
crónicas - Agosto 2016
7
ActuAlidAde ORDES Investimentos autonómicos nos centros do Castelao e Campomaior
Medio millón de euros en obras durante o verán nos colexios As obras de reparación e acondicionamento que se desenvolven durante o verán nos colexios de Ordes supoñen un investimento superior a medio millón de euros. O concelleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, achegouse ata o municipio para visitar os CEIP Castelao e Campomaior, acompañado polo alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, a concelleira Susana García e directivos dos dous centros. As intervencións de maior envergadura acométense no colexio Castela. Nel, cambian as fiestras por novas carpinterías de aluminio con rotura de ponte térmica. Instalan ademais persianas cun illamento térmico interior, novos falsos teitos e un illamento na cuberta e na fachada. No interior, renovarán a pintura e a ilu-
Conselleiro, cargos municipais e directivos dos centros, na visita aos colexios
minación, co propósito xeral de acadar un consumo menor e máis eficiente de enerxía. Neste sentido, destaca a instalación de equipos multisensor automáticos, que de maneira
gradual regulan o fluxo das luminarias tendo en conta as achegas da luz natural externa a través das ventás. No exterior do Castelao, están previstas obras no peche perimetral.
E ademais reformarán a instalación eléctrica do centro. Nos colexios Campomaior e do Mesón do Vento, as melloras serán unha reforma da instalación eléctrica, mentres que para o IES-1 o conselleiro precisou que se instalará un ascensor. Estas obras, e algunhas máis, levaban anos sendo demandadas pola comunidade escolar, posto que as humidades e os problemas de temperatura comezaban a ser unha constante en determinadas aulas, co conseguinte gasto enerxético que obrigaban a afrontar. A Xunta indica que as obras da Consellería planifícanse “en base a criterios estritamente de carácter técnico”. Na área de Santiago, Educación destina 4,5 millóns de euros a este tipo de proxectos este ano. No conxunto de Galicia, a cifra aproxímase aos 40 millóns de euros. O diñeiro provén dun plan do departamento autonómico e tamén do chamado Fondo de Superávit de Responsabilidade, unha contía que a administración autonómica recibe da central como compensación polas limitacións do déficit.
ORDES O PSOE insiste en que se activen estes itinerarios e acusa ao Concello de falta de interese
Só unha persoa voluntaria para os camiños escolares seguros Só unha persoa se inscribiu como voluntaria para a creación e a posta en marcha da figura do Camiño Escolar Seguro nos colexios Castelao e Campomaior de Ordes. Así o desvelou o goberno municipal ante a petición dos socialistas de non esquecer a medida, aprobada polo pleno en outubro do ano pasado. A falta de persoas dispostas a colaborar é
o principal argumento do executivo para confirmar que de momento non ve viable a proposta. A portavoz socialista, Verónica Gómez, responsabiliza ao propio goberno de que estes itinerarios non chegasen aínda a crearse. Considera que houbo “falta de información” por parte do Concello e acusa ao PP de “inacción e falta de vontade po-
lítica nun proxecto que está tendo moito éxito noutros Concellos, que si se implican na inicativa”, manifesta Gómez. O PSOE cre que o goberno tería que ter ido máis alá de “facer un chamamento á colaboración da veciñanza a través de internet, posto que tería que terse responsabilizado e acometer a sinalización dos perco-
rridos”, que estarían vixiados por voluntarios e apoiados polos comercios nas horas de ir e vir das clases. Con todo, os socialistas insisten en que se intente retomar a proposta para o vindeiro curso 2016-2017. “Estamos convencidos de que, se a xente coñecese o proxecto, gustaríalle e participaría como o está facendo noutros municipios”, di Gómez.
8
Crónicas - Agosto 2016
Actualidade OROSO Leiceaga, candidato á Xunta, acusa ao PP de non ter vontade política
O PSOE intensifica as súas críticas pola paralización do enlace da AP-9 en Oroso
AS DATAS CLAVE 2002. Primeira solicitude municipal do enlace sur, que rexeitarían os ministros Rafael Arias Salgado, Francisco Álvarez Cascos e Magdalena Álvarez. Novembro de 2011. Apróbase o convenio entre o Estado e Audasa para efectuar diversas obras na AP-9. Unha addenda inclúe o enlace sur, orzamentado en 7,94 millóns de euros. Maio de 2014. Fomento aproba a addenda. Decembro de 2014. Contrátase a obra ás empresas Grupo Puentes e Francisco Gómez. Prevén tela lista en 2015. Marzo de 2015. Obras. Xullo de 2015. Fomento anuncia que o enlace funcionará a finais de agosto. Outubro de 2015. Despois de semanas con lentitude, as obras paralízanse. A ministra Pastor promete rematalas antes de fin de ano. Sucédense reclamacións municipais. Xuño de 2016. Reanúdanse as obras, só durante tres días. Xullo de 2016. Fomento descarga responsabilidade en Audasa e promete o remate da obra para este ano.
Os socialistas non parecen dispostos a calar nin un só día sobre a paralización das obras do enlace sur da AP-9 en Sigüeiro (Oroso). Nas últimas semanas intensificaron as críticas, cunha visita á zona do candidato do PSdeG-PSOE á presidencia da Xunta, Xoaquín Fernández Leiceaga. No percorrido, o alcalde, Manuel Mirás, insistiu na preocupación polas obras: “falta moi pouquiño para rematalas, pero levan desde outubro paralizadas e ninguén dá unha explicación convincente de cando se vai poñer en marcha”. Sinalou que a situación actual causa molestias para os veciños e risco de accidentes. Por iso, o rexedor de Oroso pide “que se desbloquee á maior brevidade” o enlace. Acusa unha vez máis á xa ex ministra de Fomento, Ana Pastor, de retrasar o seu inicio tres anos, e lamenta que agora “por unha pequena discrepancia entre Fomento e Audasa, as obras están paralizadas”. Neste sentido, Leiceaga cre que non val como explicación que o Goberno central estivese en funcións.
“Se en funcións aprobou a prórroga de ENCE, non pode facer un modificado de menor importancia?”, preguntouse. De aí que considere que hai “un problema de vontade política do goberno do PP”. O aspirante socialista aproveitou
FRADES - ORDES
FRADES A Xunta non contempla rematar as obras ata o ano 2018
Seleccionan o persoal para participar no obradoiro de emprego dos dous Concellos
Asinado o compromiso para levar a auga ás parroquias de Añá e Moar
Estes días avanza o proceso de selección das persoas que poderán participar no obradoiro de emprego que acometerán á vez os Concellos de Frades e de Ordes. Os alumnos-traballadores, que deben estar en desemprego, poderán formarse nas especialidades de operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas ou de actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería. Cada unha das modalidades conta con dez prazas. A parte práctica do obradoiro permitirá acondicionar os locais sociais de Buscás e de Santa Cruz de Montaos máis as súas contornas. Acometerán tamén tarefas de mantemento e conservación no parque infantil situado preto do pavillón Castelao II e no paseo Ramiro Recouso. En Frades, acondicionarán a antiga escola unitaria do Cabezo, en Abellá, as áreas do local social de Aiazo e da presa en Ledoira, o campo de fútbol de Vitre e a piscina en Papucín.
Visita dos socialistas, con Fernández Leiceaga, ás obras paralizadas en Sigüeiro
para demandar a transferencia da AP-9 á Xunta, que para el facilitaría o avance destas obras. No pleno municipal, por certo, o PP e o BNG de Oroso ofreceron apoio ao Concello para as iniciativas que emprenda ante Fomento.
Beatriz Mato e Roberto Rey, asinando o convenio de colaboración do proxecto
A Xunta e o Concello de Frades asinaron o compromiso para levar a rede de abastecemento de auga potable ás parroquias de Añá e de Santaia de Moar, así como a Campoduro (Céltigos) e O Cadava (Ledoira). O convenio de colaboración, suscrito
pola conselleira do Medio Ambiente, Beatriz Mato, e polo alcalde, Roberto Rey, contempla un investimento duns 800.000 euros, financiados en gran medida con fondos europeos. Non obstante, a obra non estaría rematada ata 2018, segundo o ca-
lendario fixado polas dúas administracións. Para este ano están previstos unicamente 50.000 euros. O principal gasto sería no vindeiro 2017, con 600.000 euros. E para 2018 quedaría unha derradeira anualidade do proxecto, duns 150.000 euros. O rexedor de Frades explicou que este investimento, cando se materialice, suporá que a subministración de auga potable chegue a case toda a poboación. Rey precisou que o Concello non podería acometer de ningunha maneira pola súa conta as obras, sen o apoio da Consellería. Nas parroquias de Moar e de Añá, o único acceso á auga existente na actualidade é o das traídas e pozos particulares. O proxecto contempla crear unha rede principal de abastecemento, da que derivarían ramais secundarios para chegar ás distintas aldeas e abastecer as vivendas e empresas que o soliciten. Os traballos serán contratados pola Xunta e a infraestrutura pasará a ser responsabilidade do Concello unha vez entre en servizo.
crónicas - Agosto 2016
9
PuBlicidAde
Luns 22 de agosto. Excursión ao Aquapark de Cerceda. Maiores de 8 anos empadroad@s. Martes 23 de agosto. Xincana Lingüística (11:30h) no exterior da piscina para nen@s de 6 a 12 anos. Inscricións no centro cultural ata o 22 de agosto. E Monicreques Mircromina (19:30h) presenta “Vacacións no mar”, no exterior da piscina municipal. Mércores 24 de agosto. Maxia cómica coa compañía Mundo Mandarina e o espectáculo “O meu avó é mago”. Exterior da piscina municipal. Xoves 25 de agosto. Inchables na piscina municipal (de 11:00 a 13:00h e de 16:00 a 19:00h). Festa da Escuma (19:15h). A entrada será gratuíta.
Venres 26 de agosto. Xincana no exterior da piscina (11:00h) para nenos/maiores de 6 anos. Actuacións musicais na Praza de Isaac Díaz Pardo: La Trova Coruñesa (21:30h), Asociación Cultural Amigos do Acordeón (22:30h) e Grupo Pacífico (23:30h). Domingo 28 de agosto. Torneo de fútbol do Concello de Oroso (17:30h). Campo municipal de Deixebre. Encontros do Sigüeiro FC – SD Deixebre – Sigüeiro B –ED Xuventude Oroso.
za de Isaac Díaz Pardo. Mércores 31 de agosto. Noite de cine ao aire libre. “Aviones, equipo de rescate” na Praza de Isaac Díaz Pardo. Dirixida ao público infantil. Xoves 1 de setembro. Maxia (de 11:30 a 13:30h e de 16:30 a 20:30h). “El baúl del mago Rafa”. Praza de Isaac Díaz Pardo.
Luns 29 de agosto. Aéreos Kanbahiota (19:30h) co espectáculo “La Coquette”. Exterior da piscina.
Venres 2 de setembro. Actuacións musicais: Gramola Gominola (19:30h), no exterior da piscinal. Pepe Piña (21:00h) e Concerto dos profesores da Escola de Música José Verea (22:00h), na Praza de Isaac Díaz Pardo.
Martes 30 de agosto. Circo (19:30h). Duelirium presenta “Welcome” na Pra-
Máis información e inscricións no Centro Cultural: 981 690 903
10
crónicas - Agosto 2016
ActuAlidAde ORDES O corpo apareceu na entrada do aparcadoiro da Rúa de Compostela
Asasinado o porteiro dun local nocturno nun posible axuste de contas por drogas Álvaro Paredes, de 24 anos, residente en Ordes e de nacionalidade dominicana, foi asasinado na madrugada do sábado 16 ao domingo 17 de xullo na vila. O seu corpo apareceu na entrada do aparcadoiro da Rúa de Compostela, rodeado de sangue. Atopárono un grupo de mozos coas primeiras luces do día, cando se dispoñían a ir polo seu vehículo, estacionado alí, para volver á casa.
A vítima, que foi degolada, traballaba como porteiro do local ‘La Negra Activa’, que está situado no Campo da Feira pero que dista moito de ser un pub convencional. Aberto desde hai arredor dun ano, diversas fontes apuntan a unha relación máis ou menos indirecta do establecemento co eido da prostitución. O negocio é moi frecuentado por poboación latinoamericana, procedente de diversas lo-
A vítima acababa de volver dunha viaxe ao seu país e deixa unha nena de dous anos de idade A vítima deste suceso acababa de retornar dunha viaxe ao seu país, só uns días antes do homicidio. Residía desde había uns anos en Ordes, estaba casado e tiña unha filla de dous anos. Relacionábase fundamentalmente con persoas da comunidade sudamericana da zona, se ben, loxicamente, tamén era coñecido no ámbito da
movida nocturna da vila, en plena reconversión desde hai un tempo. Familiares e amigos acudiron ao lugar dos feitos ao enterarse do acontecido, con lóxicas escenas de dor e de tensión. Aos poucos días, tiveron un acto de lembranza de Paredes no lugar onde apareceu o cadáver, no que depositaron fotos, velas e flores.
ORDES O pleno respalda unha petición dos socialistas
instan a mellorar o camiño Os socialistas de Ordes propuxeron no recente pleno municipal que se mellore a conservación e o mantemento do Camiño Inglés, no que aprezan “un estado moi deficiente”. A solicitude, que foi aprobada por unanimidade, está dirixida ao Xacobeo, como responsable xeral da ruta peregrina. Segundo a única concelleira do PSdeG-PSOE na corporación, Verónica Gómez, “nos últimos meses observamos que o Camiño se atopa en moi malas condicións especialmente ao seu paso por Poulo, por Pereira ou en Buscás, pois en moitos lugares está intransitable e cheo de maleza”, manifesta. A petición sitúa como un dos seus fundamentos a “importancia económica que o Camiño ten nas localidades que atravesa”. Razoa que “por iso é necesario que todas as administracións públicas se impliquen no coidado e mantemento do percorrido en boas condicións, para así potenciar a chegada de visitantes”, defenden. O goberno e os demais grupos concordaron na repercusión económica que o Camiño pode chegar a
calidades de toda a provincia, aínda que non exclusivamente. UN AXUSTE DE CONTAS, HIPÓTESE PROBABLE A investigación foi asumida pola Garda Civil. Polo de agora non se practicaron detencións, non se localizou a arma branca utilizada para cortarlle o pescozo, nin se apuntou de maneira clara sobre as posibles hipóteses. De todas as maneiras, sen descartar ningunha posibilidade, unha das opcións máis probables sobre as causas do homicidio é un axuste de contas relacionado coas drogas. Unha das tarefas da investigación é tamén determinar se o crime se produciu no mesmo lugar onde apareceu o corpo, se en cambio o autor ou autores do homicidio se desfixeron alí do cadáver, ou se se produciu algunha pelexa previa noutro sitio que rematou alí. Neste sentido, trascendeu a aparición de manchas de sangue nunha rúa próxima, aínda que non está confirmado que teñan relación co asasinato.
Familiares e amigos improvisaron un recordo no lugar onde apareceu o corpo
O primeiro pleno municipal tras o asasinato iniciouse cun minuto de silencio. E publicouse ademais unha declaración institucional de “enérxica condena e repulsa de todos os actos violentos con resultado de morte acontecidos no termo municipal”. O Concello púxose a disposición da familia e amosa plena confianza no labor das forzas de seguridade.
TORDOIA
O Concello asume a xestión turística do dolmen de Cabaleiros
Antonio Pereiro, alcalde de Tordoia, e o deputado provincial Xesús Soto (dta.) Unha parte deteriorada do itinerario
ter para a zona. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, informou ademais dos últimos pasos dados desde a administración en relación ao Camiño. Deu conta da creación da asociación dos Concellos do Camiño Inglés e enunciou algunhas medidas dun plan estratéxico do Xacobeo para os anos 2017 e 2018.
A xestión dos usos turísticos do dolmen de Cabaleiros é agora un cometido do Concello de Tordoia, despois do convenio de colaboración asinado entre o alcalde, Antonio Pereiro, e o responsable da área de Patrimonio da Deputación da Coruña, Xesús Soto. O ben histórico segue sendo de titularidade provincial. O acordo é similar ao suscrito
para outros elementos patrimoniais da provincia, co propósito de incentivar o seu uso educativo e didáctico. O servizo de atención a visitantes, para o que a Deputación achega uns 2.300 euros, atende os sábados, domingos e festivos ata o 25 de setembro. O Concello facilita a visita, achega folletos e información e controla as visitas.
crónicas - Agosto 2016
11
ActuAlidAde
OROSO
ORDES
CERCEDA
Destinan 201.000 euros de remanente a abastecemento e alumeado público
Rodríguez Rumbo, número dous do PSOE coruñés ás autonómicas
O pleno municipal de Oroso aprobou por unanimidade unha modificación de crécito de 201.252 euros. Son recursos que proceden dun remanente de tesourería para gastos xerais e que se destinarán a diversas actuacións de interese público. Arredor da metade desta reasignación de diñeiro, uns 100.000 euros, utilizaranse para mellorar o alumeado público. Para actuacións de abastecemento resérvanse uns 35.000 euros, que beneficiarán as localidades do Cachopal, Couso, Vilar de Arriba, A Igrexa e Mixoi. Con cargo a esta modificación de crédito, está previsto tamén instalar unha acometida eléctrica para o Punto Verde, adquirir illas de contedores para a recollida do lixo e construír unha ponte de paso ao CEIP do Camiño Inglés no Parque do Río Carboeiro. Na mesma sesión, aprobáronse os festivos de carácter local para o vindeiro 2017 en Oroso. Serán o martes de entroido, que cae a 28 de febreiro, e o 16 de agosto, día de San Roque.
Begoña Rodríguez Rumbo, concelleira en Cerceda, será a número dous da candidatura do PSdeGPSOE pola provincia da Coruña nas vindeiras eleccións autonómicas do 25 de setembro. Convértese asi na man dereita electoral de Xoaquín Fernández Leiceaga, candidato dos socialistas á presidencia da Xunta, quen liderará a lista na nosa provincia. Rodríguez Rumbo ten xa unha certa experiencia na política autonómica. Desde 2005 ata 2009, foi directora xeral de Administración Local, no goberno presidido por Emilio Pérez Touriño. Antes fora concelleira en Cerceda durante catorce anos. E tras a etapa na Xunta, retornaría ao Concello, primeiro como asesora da Alcaldía e despois de novo como edila. Como número tres da candidatura do PSdeG, incorpórase Juan Manuel Díaz Villoslada, xerente da Universidade da Coruña. A lista foi aprobada polo comité provincial por 65 votos a favor, catro abstencións e dous votos en contra.
Begoña Rodríguez Rumbo
O secretario provincial do partido, Julio Sacristán, definiu a candidatura aprobada como “integradora e de consenso, que supera os procesos de primarias, representa a todos os territorios e combina a renovación coa experiencia de goberno nos Concellos da provincia. No ámbito autonómico, o PSOE de Cerceda tivo tamén a Silvia Fraga como parlamentaria.
A Xunta autoriza as expropiacións para as obras da estrada de Ordes a Cerceda por Mercurín O Consello da Xunta aprobou o decreto que declara a utilidade pública e dispón a ocupación urxente de bens e dereitos afectados polas próximas obras de acondicionamento na estrada entre Ordes e Cerceda a través de Mercurín. As expropiacións afectarán a 244 leiras. Este é un trámite máis para materializar o proxecto de mellora da estrada, pendente desde hai anos. A Xunta asegura que dispón dun orzamento superior aos dous millóns de euros para un tramo de case 8,3 km do vial. A estrada deixou de ser municipal recentemente, e pasou a ser de titularidade autonómica. Ademais de anchear a estrada ata os nove metros, está previsto rehabilitar todo o firme, fortemente deteriorado polo paso de tráfico pesado. Outra das actuacións consistirá mellorar as interseccións con outras vías, mediante cuñas de aceleración e desaceleración en varios puntos, semirrotondas de cambio de sentido en condicións seguras, e unha rotonda no acceso a Sogama situado no punto quilométrico 6,8.
EN AGOSTO TE DESCONTAMOS
5€
AL COMPRAR UNA MOCHILA SI NOS TRAES LA VIEJA*
¡¡¡PREPÁRATE PARA EL NUEVO CURSO!!! Tenemos mochilas, estuches, menaje, carpetas, libretas... y mandilones
Rúa da Canteira, nº2. - ORDES (A Coruña).- Telf: 981 688 646 *Las mochilas se donarán a CÁRITAS
12
Crónicas - Agosto 2016
ENTREVISTA ENTREVISTA Manuel Mirás Franqueira, alcalde do Concello de Oroso
“Coa paralización da AP-9, o PP lles toma o pelo aos veciños e prexudica ás empresas” - Tal como se sucederon os feitos, cre que Fomento e Audasa rematarán algún día o enlace sur da AP-9? - Si, acabarán. O problema é saber cando. Eu estou moi preocupado porque non hai ninguén no Ministerio de Fomento que nos poida dar unha explicación. Só se dedican a culparse uns aos outros, que se é de Audasa, que se dos técnicos, que se do Goberno en funcións... Como ben dixo o outro día Xaquín Fernández Leiceaga, un Goberno en funcións pode prorrogar a estancia de ENCE en Pontevedra pero non arranxar un modificado en Oroso? Iso non o cre ninguén. O que está claro é que nin Mariano Rajoy nin Alberto Núñez Feijóo teñen vergoña nin respecto polos veciños e veciñas de Oroso. Estanse a rir de toda a veciñanza, incluso dos seus votantes, que nas últimas eleccións lles deron o seu apoio maioritario. E os que máis burla fan son o señor Alexander Doval e o PP de Oroso, aos que se lle debería caer a cara de vergoña despois de estar varios meses negando o que podía ver todo o mundo: que as obras están paralizadas dende outubro de 2015. Coa paralización das obras do enlace sur da AP-9, o PP non só lles están tomando o pelo é aos veciños, empresarios, comerciantes e usuarios da AP-9 e da N-550, que teñen que soportar a diario as molestias dunhas obras que tiñan que estar rematadas hai un ano; senón que están causando un prexuizo económico moi importante ás empresas instaladas no noso municipio e evitando a chegada de novas industrias e máis postos de traballo. - O xulgado acaba de arquivar a causa polo pago da reparación das ventás do colexio. Que reflexión lle merece? - O Xulgado confirma todo o que dixemos dende o primeiro momento: que a Xunta de Goberno de Oroso actuou de acordo coa lei. Por iso estaba moi tranquilo, estaba convencido de que ía ser así porque non cometeramos ningún delicto. A sentenza ratifica que o que pasou foi un simple erro humano e que non foi cometido por ninguén deste Goberno. Sei que hai quen se sorprende cando digo que non me alegro polo sobreseemento da causa, pero é que penso que algo coma isto non debería nin ter chegado ao xulgado. E non só o digo eu, tamén o di o xuíz na súa sentenza. O que lamento é o circo mediático que se montou cun caso que nin sequera era digno de ser noticia, pero no que o PP usou de forma partidista os medios públicos para darlle bombo. Viñeron gravar como declarabamos no xulgado, pero ningún veu preguntar cando o xulgado arquivou a causa. Pero, por moito que lles moleste aos nosos adversarios políticos, no Concello de Oroso actuamos con total transparencia e legalidade. Xa o ten ben comprobado o señor Siverio, que agora parece que ten no señor Doval un alumno avantaxado. Pero aos dous lles digo
Mirás lamenta o “circo mediático” que o PP organizou co caso das ventás do colexio
o mesmo: non van poder gañar nos xulgados o que as urnas e os veciños e veciñas de Oroso lles veñen negando todos estes anos. - Cal é o gran proxecto que debe rematarse neste mandato? - A cultura e do deporte son dous dos eixos do meu mandato, xunto coa educación. Pero tras conseguir o novo colexio e a nova gardería, o que nos falta é un auditorio e novas instalacións deportivas. Penso que, deixando a un lado Compostela, Oroso ten un programa cultural que ben lles gustaría ter a calquera outro municipio. E, o que aínda é máis importante, estamos descubrindo e fomentando novos talentos locais, veciños que pintan, que escriben, que tocan música... E o centro cultural quedouse pequeno, precisamos dun auditorio onde seguir xuntos facendo pobo. O mesmo pasa co deporte, onde temos case un milleiro de veciños practicando algunha modalidade deportiva. Por iso xa fixemos algúns avances e podo adiantar que xa temos moi ben encamiñado a instalación de dúas pistas de tenis en Sigüeiro e tamén estamos co proxecto do campo de Oroso de céspede artificial, que espero esté listo dentro dun ano. Xa falamos coas outras administracións e teño que salientar a boa sintonía co presidente provincial, o socialista Valentín González Formoso, quen xa puido comprobar sobre o terreo estas necesidades. - En que situación financeira se atopa o Concello? - Aprobamos uns orzamentos para 2016 que medran un 21% e que destinan 2,3 millóns de euros a investimentos, é dicir, un 91% máis ca en 2015. Oroso é un concello economicamente sostible. Non é que o diga
eu, son os números os que me dan a razón: os ingresos correntes supoñen o 67% do orzamento, mentres que o gasto corrente é do 61%. Noutras palabras, non gastamos o que non temos. Unha situación que mesmo confirma o Ministerio de Facenda, quen di que Oroso é o municipio da contorna que máis pronto paga as súas facturas e que non lle debe nin un euro a ningún provedor. Como o facemos? Pois porque sabemos xestionar. Hai quen anda por aí mentindo e dicindo que aumentamos os impostos e taxas. Iso é mentira. O que pasa é que a nosa boa xestión económica fai que aumenten nun 46% as achegas procedentes da Deputación e da Xunta. Por iso o meu Goberno nin aumentou nin aumentará os impostos e taxas aos veciños. É máis, Oroso ten unha das presións fiscais máis baixas de España: 304,5 € por veciño fronte á media nacional de 516,32 € e á galega de 386,13 €. - Está satisfeito co avance do polígono industrial? - Non podo estar satisfeito pois, como dixen antes, a paralización do enlace sur da AP-9 está prexudicando gravemente ás empresas instaladas nos polígonos de Sigüeiro e Oroso Pequeno, ao restrinxir a súa mobilidade. Isto tamén está a prexudicar ao polígono en si mesmo, pois non é igual de atractivo para as novas empresas estar a cinco minutos de Santiago por autopista que a un cuarto de hora por unha conxestionada N-550. Do que si que estou orgulloso é do gran nivel que teñen as empresas que están no noso polígono, moitas delas líderes nacionais e europeos no seu sector e que, ademais, se implican na vida social, cultural e deportiva de Oroso.
- O sector inmobiliario, que representa hoxe na economía de Oroso? - Unha das cousas das que estou máis orgulloso como alcalde é do PXOM porque foi unha ferramenta que nos permitiu medrar de forma ordenada e dispoñer de espazos para novos equipamentos educativos, como o colexio e a nova gardería, e de ocio, como o parque do Carboeiro. É evidente que o “boom” inmobiliario da primeira década do século XXI non volverá, polo que o noso obxectivo é revisar o Plan para amplialo onde faga falta e reducilo onde non faga falta para que así os propietarios paguen menos contribución, poidamos recoller todos os núcleos que quedaron fóra en 2005 e programar novos equipamentos onde sexa necesario. - Na comarca, os socialistas xestionan 3 Concellos. Nos demais, son case irrelevantes. Como se pode reforzar o partido? - Xa o dixen cando me presentei á Secretaría Xeral do PSdeG provincial, a clave é facer máis partido. E iso conséguese nas agrupacións. Hai que traballar para ter agrupacións fortes para que, cando veñan as eleccións, o candidato teña en cada localidade unha agrupación que o arroupe e traslade a súa mensaxe á cidadanía. Hai que apostar polo municipalismo e facelo de abaixo a arriba, dando máis protagonismo ás comarcas. E iso conséguese con medidas como un Consello Provincial de Alcaldes, para adoptar posturas comúns nos asuntos, e asembleas comarcais abertas ao diálogo e intercambio de opinións entre cargos públicos, cargos orgánicos, militancia e simpatizantes. - Contempla dar un salto á política autonómica en función dos resultados electorais do 25 de setembro? - Creo que xa din ese “salto” hai tempo, pois xa teño ocupado varios cargos a nivel autonómico e nacional como a Vicepresidencia da FEGAMP, a representación de Galicia ante da FEMP en asuntos de transporte ou na Executiva do PSdeG. O que pasa é que son alcalde de Oroso e o meu compromiso é cos veciños de Oroso. Eles déronme a súa confianza e as eleccións gáñanse traballando dende o primeiro día. E niso estamos. - Cre que Fernández Leiceaga pode chegar á Presidencia da Xunta? - Estou convencido de que Xaquín Fernández Leiceaga é a mellor opción que ten Galicia para afrontar con garantías o seu futuro. Xaquín ten experiencia na administración xa que foi concelleiro en Santiago e fixo una gran labor en economía e mobilidade, tamén foi portavoz do PSdeG-PSOE no Parlamento. É a mellor opción fronte a un Núñez Feijóo que non ten interese por Galicia, que quería irse a Madrid, logo á empresa privada... pero o certo é que estes últimos anos de Núñez Feijóo foron un desastre xa que non hai ningún sector que mellorara, se mire como se mire.
crónicas - Agosto 2016
13
PuBlicidAde
LIMPEZA VIARIA
s a h n u s e l l s o Desexám ! ! ! s a t s e F s e c i Fel
• EXCAVACION E MOVEMENTO DE TERREOS – REA 11/15/0003937 • DESBROCE DE PISTAS • RECOLLIDA DE RESIDUOS URBANS – REXISTROS 45/46 • XESTIÓN E TRANSPORTE DE RESIDUOS INDUSTRIAIS - CO-I-NP-XRT-00057 • NEGOCIANTE DE RESIDUOS PERIGOSOS – CO-RP-PNR-00018/00003 • TRANSPORTE DE RESIDUOS PERIGOSOS – CG-RP-P-T-00188
GRUPO
• XESTION DE PUNTOS LIMPOS – SC-U-NP-XA-00013/00016 • ALUGUER DE CONTENEDORES DE RESIDUOS INDUSTRIAIS • LAVADO DE CONTENEDORES • LIMPEZA VIARIA E DE EDIFICIOS • SERVIZO DE GUINDASTRE • AXENCIA DE TRANSPORTES NACIONAL E INTERNACIONAL
RECOLLIDA DE RESIDUOS E RECICLAXE
Portobrea nº 3. Queixas - 15186 CERCEDA Oficina: 981 693 072 / 639 200 204 - correo@grupocercedasol.es * Taller: 981 693 026 / 608 982 888 - www.grupocercedasol.es
crónicas - Agosto 2016
14
ecONOMíA LEITE Temen unha nova baixada en cadea os vindeiros meses e denuncian na AICA
O leite xa non chega a 27 céntimos, o peor prezo dos últimos sete anos Unha caída continua. Así se debuxan os prezos que cobran os Gandeiros polo leite. Por reiterado, o titular non deixa de ser real. A última cotización oficial dispoñible, con datos do mes de xuño, sitúa a media galega por debaixo dos 27 céntimos de euro, a menor contía dos últimos nove anos. Por moito que os produtores aforren en custos, é un prezo ruinoso. Estímase que está sete céntimos por debaixo do que se consideraría un valor rendible. O diferencial coa media española é tamén destacado, posto que o conxunto está en case 29 céntimos. Son practicamente dous céntimos por litro os que ten de menos unha granxa galega, aínda sendo o lugar de maior produción. O resultado é que seis de cada dez explotacións de leite que pecharon no que vai de ano en España son galegas. Son 272 de 465. En toda España xa non chegan a 16.000 (15.876) e en Galicia fican en 8.806. Comparando só a zona norte, os Gandeiros galegos tamén saen per-
dendo. Un asturiano cobra 4,6 céntimos de euro máis por litro, un cántabro supérao en case un céntimo, e un vasco está 7 céntimos por riba. Exceptuando as condicións especiais de Canarias, Euskadi é o territorio onde mellor se retribúe o leite en orixe. EVOLUCIÓN A PEOR No sector, as perspectivas son aínda peores. Os sindicatos temen novas baixadas nos vindeiros meses, que explican en decisións unilaterais de industrias ante as que os gobernos non interveñen, no que entende como unha falta de aposta política en favor do sector leiteiro galego. Entre as decisións polémicas das últimas semanas, figura a que denuncia Unións Agrarias na empresa Lactalis. De feito, xa denunciaron ante a Axencia de Información e Conrol Alimentarios (AICA) os contratos “impostos” aos Gandeiros, con rebaixas de polo menos outro céntimo de euro por litro. Óscar Pose, portavoz sectorial
de UUAA, reiterou na presentación da denuncia que “os contratos non son negociados” e deixan indefenso o Gandeiro, por exemplo por non presentalos coa antelación mínima fixada pola lei. Para a entidade sindical, a decisión de Lactalis “arrastrará” a outras industrias a baixar tamén os seus prezos. Ante isto, as explotacións “o que fan é endebedarse cada día máis, pero na situación actual o nivel de endebedamento chegou a un límite totalmente insostible”, manifesta Pose. O que agardan é que a AICA rexeite o sistema de índices utilizado por Lactalis, requeríndolle un novo ou situando como medida cautelar un prezo base de 27 céntimos ata que exista unha negociación real. O representante de Unións Agrarias lamenta que en Galicia non haxa un plan estratéxico serio sobre o sector leiteiro. Con esta carencia, cre que se abre a porta a que as industrias utilicen Galicia “para facer caixa”.
convocatoria para as granxas máis afogadas A Xunta convocou a finais de xullo axudas para as explotacións leiteiras que están atravesando graves situacións financeiras. Pódense solicitar ata o 29 de agosto. Para poder recibir estas axudas,
PLAZAS LIMITADAS
hai que ter cotas impagadas e vencidas dun préstamo concedido para mellorar a explotación. Tamén se lles poderá axudar a granxas con resolución ou providencia de embargo polo impago de débedas relacionadas cun
CURSOS DE EMPEZAMOS EN SEPTIEMBRE MASAJE PROFESIONAL
CLASES TEÓRICO-PRÁCTICAS PLAZO DE MATRÍCULA ABIERTO JULIO Y AGOSTO 35% de descuento https://escuelademasajeiris.es
INFÓRMATE: 610 794 823 EN CERCEDA
préstamo para a mellora da explotación. Ademais, contémplanse varios casos de modificación das condicións dun crédito concedido e de débedas a provedores vencidas sen pagar . A axuda obriga a proseguir cinco
PREZOS DO LEITE XUÑO / MAIO
(euros/litro) 0,269 Galicia 0,316 Andalucía 0,275 Aragón 0,315 Asturias 0,304 Baleares 0,448 Canarias 0,277 Cantabria Castela-A Mancha 0,293 0,293 Castela e León 0,294 Cataluña 0,292 Extremadura 0,286 Madrid 0,296 Murcia 0,293 Navarra 0,340 Euskadi 0,298 A Rioxa 0,300 Valencia
0,273 0,320 0,277 0,319 0,306 0,451 0,283 0,302 0,295 0,293 0,301 0,291 0,290 0,300 0,342 0,321 0,305
0,288
0,292
ESPAÑA
MEDIAS ESPAÑA XUÑO 2013 0,339 2014 0,366 2015 0,302 2016 0,288
PRODUCIÓN XUÑO 2015
2016
Galicia 224.292 tn 220.813 tn España 591.873 tn 578.499 tn Fonte: FEGA (02-08-2016)
anos coa actividade. O máximo que poderá recibir cada beneficiario é de 15.000 euros no caso de cotas vencidas e impagadas e embargo de bens, de 7.500 na modificación das condicións de créditos, ou 15.000 en débedas con provedores. Se concorren varias situacións, o tope é de 15.000 euros.
Crónicas - Agosto 2016
15
Economía CRISE Os prazos estrictos de Hacienda, á que xa lle pagou 1,5 millóns de euros, levaron a dirección a esta medida
A téxtil Viriato pide concurso de acredores, pero sostén que “é viable” Dificultades en Viriato. A empresa téxtil, con sede en Ordes, presentou concurso de acredores. A dirección optou por esta medida para evitar un bloqueo de ingresos de Hacienda. Anque reduciu considerablemente a súa débeda co organismo público, máis de 1,5 millóns nun ano, seguen pendentes uns 360.000 euros. O director xeral da compañía, Alejandro Ríos, explicou en declaracións á web EconomíaDigital que con máis tempo podería pagar tal débeda. Os ingresos que están obtendo permitiríano. Pero os prazos burocráticos non lles deixan marxe, polo que optaron polo que antes se coñecía como declaración de creba. Agora que se coñece a situación, a preocupación é que os acredores se poñan máis firmes, o que podería afectar á liquidez, tal como expuxo Ríos. Non obstante, o directivo defende que a empresa segue sendo viable. Cre nas liñas mestras do plan de rees-
tructuración co que traballa desde a súa chegada á compañía, e que pasan por unha maior aposta polos mercados internacionais e a conquista do público xuvenil, e que implicaron un ERE sobre 40 persoas e a recapitalización da empresa. A perda de fol debeuse, como recolle EconomíaDigital, a que as vendas foron peor do agardado na recta final de 2015, por mor das temperaturas. Tamén a que o produto que venden a El Corte Inglés, un dos puntais de mercado, a miúdo vai por debaixo de custo, algo que tratarán de revisar cunha aposta aínda maior pola calidade. Ríos encargouse persoalmente de explicarlle a situación aos empregados. A noticia, que levaba uns días como temor no ambiente, propagouse rapidamente, posto que da empresa dependen decenas de nóminas e talleres da contorna, con dificultades para cobrar.
Protesta de persoal afectado polo ERE de Viriato en 2015, este 29 de xullo
PROTESTA “SEN SUSTENTO” Ao pouco de trascender o concurso de acredores, produciuse unha concentración de protesta ás portas da fábrica. Convocada pola CIG, demandou “o cumprimento íntegro do acordo para o ERE co que a empresa, previo acordo con CC.OO., despediu corenta persoas en 2015”. Dores Martínez, secretaria nacional da FGAMT-CIG, afirmou que a empresa non pagaba os complementos ás prestacións por desemprego nin os incrementos mínimos do 1 % contemplados no acordo do ERE. Ademais, expresou que a nova situación
de Viriato “fai que nos coloquemos no peor dos escenarios e que temamos que non hai garantía de cobro nin do cumprimento do acordo do ERE”. Preguntaron polos plans exactos da firma. Sen embargo, a dirección da empresa considera que esta mobilización da CIG “carece de sustento”. O director xeral explicou que a problemática da demora de pago nas obrigas recollidas no ERE estaba xa superada. En declaracións a Crónicas, Alejandro Ríos recoñeceu que se producira un retraso, pero á vez precisou que a empresa pagou antes da convocatoria da CIG.
16
Crónicas - Agosto 2016
ENTREVISTA ENTREVISTA José Luis Martínez Sanjurjo, alcalde do Concello de Ordes
“Son dialogante e sería bo o acordo nos gran - Un ano despois de asumir a Alcaldía de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo fai balance do traballo desenvolvido: satisfeito polo contacto cos veciños, mais preocupado por non poder atender todas as carencias que presenta o municipio. Aposta por acelerar a tramitación do PXOM, que considera esencial para o desenvolvemento de Ordes, e reitera que “cumpre” os compromisos adquiridos, poñendo como exemplo o inminente inicio das obras de arranxo da estrada por Mercurín a Cerceda. Por empezar polo máis fresco, que lle pareceu o intento de moción de censura co que UxO pretendía darlle a Alcaldía ao BNG? - Desde o punto de vista legal, recoñecer o dereito de UxO a efectuar as propostas que estime oportunas, pero tamén unha lectura política: semella que catorce meses despois aínda non asumiron o resultado electoral. Cómpre recordar o mal perder que levou a UxO a presentar todos os recursos electorais posibles hai algo máis dun ano para retrasar a constitución da nova corporación. E, pola miña parte, recoñecer que, se cadra, neste primeiro ano, igual nos equivocamos ao pasar páxina inmediatamente para centrarnos exclusivamente en regularizar a xestión dun Concello que recibimos deslabazado, en lugar de explicarlle á xente a verdadeira herdanza recibida. Tomamos nota e procuraremos actuar en consecuencia, pero sen arredarnos da misión para a que fomos elixidos: servir o mellor que poidamos ás veciñas e veciños de Ordes. - Un ano na alcaldía. Que considera o máis positivo deste tempo? - O máis gratificante, sen dúbida, é o contacto cotián cos veciños, tratar de axudar a resolver os pequenos ou grandes problemas. Trato de seguir unha norma que me autoimpuxen cando asumín a Alcaldía: que calquera persoa que acuda ao meu despacho a plantexarme a cuestión que sexa, non saia del cun problema adicional. É dicir, axudar sempre que se poida, dentro das posibilidades legais e materiais, en lugar de crear atrancos. - E o negativo? - Sen dúbida a frustración de non poder ter feito máis neste tempo. Todos coñecemos as carencias que presenta o municipio e a limitación de recursos cos que temos que convivir. Neste escenario hai que fixar prioridades e xa se sabe que non sempre hai decisións ao gusto de todos. Pero a xente de Ordes é madura e coñece perfectamente o escenario no que nos movemos. - Como cambiou nestes meses a situación financeira do Concello? - O fin é seguir dando pasos adiante para deixar atrás a bancarrota na que o Concello estivo sumido algún tempo, e
O rexedor cre que o intento de moción de censura revela que “en UxO aínda non asumiron o resultado electoral”
- O BNG xoga o seu papel -que non xa acadamos a estabilidade financeira. A débeda bancaria está previsto reducila comparto, insisto, pero respecto- e eu ao fin do presente ano 2016 aos 3,5 mi- exerzo a miña responsabilidade penllóns de euros; hai que lembrar que Or- sando no interese xeral e na estabilidade des chegou a deber preto de 9 millóns de institucional. O Concello de Ordes viviu euros, gastados en proxectos de moi du- tempo sumido na inestabilidade políbidosa utilidade. Desde este Goberno lo- tica e non creo que neste momento fose cal seguimos a regra básica que nos mar- bo lanzar á veciñanza novas mensaxes camos dende o principio e que consiste de inestabilidade cunha moción de conen “non gastar o que non poidamos pa- fianza. Creo, honestamente, que para Ordes gar”. En canto aos impagos pendene para os seus hates de varias anualidades do anterior “Desde este Goberno local bitantes tería sido aprobar os mandato, que recoseguimos a regra básica mellor orzamentos, pero llemos en xullo de de non gastar o que non non foi posible. 2015, procuraremos Pasamos páxina, regularizalos todos poidamos pagar” pois cos prorrogaentre este ano e o dos tamén se pode operar en boa meseguinte. - Falando de contas, por que non foi dida durante un exercicio que xa pasou posible aprobar os orzamentos munici- o seu ecuador, e seguimos traballando pais para este ano? Representantes da coa mesma ou con maior intensidade se oposición din que non tivo interese por cabe. Cómpre recordar que cando chegamos fai un ano tiñamos o 95 % do crédito negociar... - Pola miña parte, a disposición para esgotado no principal grupo de gasto, e negociar sempre foi, é e será absoluta. O aínda así rematamos o exercicio. Na actualidade existen na normativa que sucede é que dous non poden negociar se un sempre está condicionado de outros mecanismos que permitirían que antemán a non dar un voto positivo. Pero Ordes teña orzamentos en 2017, no hiaínda así respecto esa actitude e, se me potético caso de que o Pleno os rexeite apura, mesmo intúo as razóns da mesma. novamente. A cuestión de confianza é Estabamos daquela, e estamos agora no- unha figura prevista no ordenamento xuvamente, a escasas datas de convocato- rídico, pero só contemplamos utilizala en caso excepcional. rias electorais… - Semella que o grupo do BNG é a - Por que declinou vincular a aprobación dos orzamentos a unha cuestión súa espada de Damocles para determide confianza, como lle propuxo o BNG? nados pasos e mesmo para continuar no goberno. Fai moitos esforzos por manteGarda esa baza para o vindeiro ano?
los satisfeitos? Cre que lle ‘consentirán’ rematar o mandato? - En absoluto me sinto presionado. Os que me coñecen saben que sempre fun unha persoa dialogante e así procuro seguir actuando desde o Concello, co BNG e cos restantes grupos políticos municipais. A diferenza é que mentres outros optaron pola obstrución, non ao alcalde, senón aos intereses de Ordes, o BNG deu exemplo de responsabilidade e de coherencia en asuntos de capital importancia, como a aprobación inicial do PXOM. Plantexaron negociar algunhas cuestións e fixémolo encantados. Porque entendemos que se trataba de asuntos que afectan a todos e deben tramitarse co maior acordo posible. Outros terán que explicar, porque aínda non o fixeron, as razóns da súa oposición sistemática a que Ordes teña PXOM. Non me equivoco se aventuro que os intereses persoais pesaron máis que o interese xeral de todo o municipio. Ordes non podía permitirse baixar do vagón do PXOM o día 19 de marzo, sen dúbida sería o maior erro deste mandato. - E contempla buscar algún tipo de entendemento estable con outras forzas políticas? Ve posible a medio prazo a reunificación do centrodereita? - Como sinalei, son unha persoa dialogante e creo que sería bo que nos poñamos de acordo nos grandes asuntos que condicionan o futuro de Ordes. Non temos problema en apoiar as propostas da oposición cando consideramos que poden beneficiar os veciños. Gustaría-
Crónicas - Agosto 2016
17
ENTREVISTA
ndes asuntos de futuro” nos contar cunha actitude recíproca por por Mercurín. Cre que o proxecto é suficiente? Non puido ser máis ambicioso? parte dos outros grupos. - Hai que ser realistas e responsaNon entendo moi ben a que se refire vostede cando fala de reunificación. bles. O proxecto responde ás necesidaSe se refire a persoas que anos atrás mi- des dunha vía desas características. Por litaron no PP e logo se foron a outras si- fin, despois de moitos anos mirando para glas, e mesmo chegaron a negociar o seu outro lado e arrastrando carencias que ingreso no PSOE, non percibo predispo- foron a máis, vaise executar o arranxo insición por parte dos nosos militantes e tegral da estrada, cun novo firme e beiravías para incrementar a seguridade do simpatizantes. Pero o Partido Popular é unha for- trazado e tratar de reducir a elevada simación integradora, como o demostra o nistralidade que presentaba. O arranxo elevado apoio electoral colleitado, sen ir da estrada de Mercurín é unha evidenmáis lonxe, nas pasadas Eleccións Xerais, cia máis de que cumprimos a nosa palanas que en Ordes acadamos o 48,86 % bra. Comprometemos o seu arranxo e esdos votos emitidos neste municipio, case tamos a piques de facelo realidade. - Que outros proxectos agarda do gocatro puntos máis que seis meses atrás, e cun apoio que se sitúa tamén por riba da berno autonómico en Ordes? - A axilización das concentracións parmedia provincial, autonómica e estatal. - Está habendo unha boa relación celarias está en marcha, así como o cocoa Deputación da Coruña? Que peti- mezo do proceso na parroquia de Poulo, o arranxo dos colexios está a piques de cións ten o Concello para ela? - No plano persoal, non teño máis iniciarse e confío en que nun futuro inque boas palabras para o presidente mediato podamos comezar un centro González Formoso, pero politicamente polivalente na vila. Temos en mente, ademais, algún ouadvirto un certo escoramento cara os “O inminente arranxo da tro proxecto, que mesmo lle trasConcellos gobernaestrada de Mercurín é unha eu ladei persoalmente dos ou cogobernaevidencia máis de que ao presidente Feidos polo PSOE. Este ano, e grazas ao re- cumprimos a nosa palabra” jóo, pero non quero precipitarme. manente deixado - A tramitación do Plan Xeral de Orpolo anterior presidente da Deputación, o popular Diego Calvo, Ordes vai ver denación Municipal vai seguir o seu arranxado o pavillón Campomaior coa curso habitual? Cre que poderá ser unha adición dun ximnasio. E tamén foi apro- realidade antes de rematar o mandato? - Por suposto que será unha realibada polo Pleno provincial a senda da Brea, en Ardemil, que agardamos sexa dade. Hai unha tramitación marcada pola realidade en menos de 6 meses. O Go- lei que debemos respectar, entre outras berno da Deputación ten máis peticións razóns para non lesionar os dereitos de enriba da mesa a raíz dunha recente reu- ninguén e que todas as alegacións podan ser analizadas en detalle. Á marxe desnión. - En canto á Xunta, un dos principais tes condicionamentos, a nosa intención anuncios dos últimos meses é a repara- é pisar o acelerador todo o posible. Aínda ción da estrada entre Merelle e Cerceda que non poderemos recuperar o tempo
Martínez destaca o elevado apoio ao PP en Ordes, case o 49% nas xerais
perdido, si tentaremos evitar, polo menos, calquera retraso innecesario. Insisto, o PXOM é fundamental para o desenvolvemento do municipio en todos os aspectos, no económico, pero tamén no ambiental, a planificacion e dotación de equipamentos, etc. Ogallá Ordes teña PXOM antes do remate de 2018; sería un punto máis do noso programa electoral feito realidade, e non penso nin analizo outras cuestións, a prioridade é que Ordes avance. - Co sector téxtil en crise, coa construción inmobiliaria a medio gas, coas
“Non é de recibo que o Concello organice e financie as festas” - Un alixo de cocaína meses atrás, un homicidio hai uns días... Estase volvendo Ordes un lugar inseguro? - En absoluto. O alixo revela a profesionalidade das forzas e corpos de seguridade, que velan por nós fronte aos desgraciados (sic) que tratan de facer negocio coa droga. O homicidio de mediados de xullo foi un episodio absolutamente lamentable, pero tamén illado, do que non se poden extraer conclusións á lixeira. Hai que deixar que a investigación siga o seu curso, agardar que as causas sexan esclarecidas e que os autores sexan detidos e postos á disposición da xustiza. - A movida nocturna acusa estes golpes de imaxe cando xa non pasa
polo seu mellor momento. Ve posible reactivala? Que ofrece o Concello para evitar o declive deste sector? - En efecto, os episodios aos que vostede se refire non axudan a reactivar a movida. Pero tamen é certo que esta actividade atravesa horas baixas desde hai un tempo. Os hábitos mudan e, neste momento, a mocidade opta por outros lugares de ocio. Non por iso debemos caer no desánimo. O Concello non pode nin debe entrometerse na iniciativa privada, pero si podemos -e niso estamos- tratar de facilitar as condicións para reactivar esa actividade, desde o respecto ás normas, e garantindo tamén os dereitos dos veciños da zona, dos que tampouco podemos es-
quecernos. - Houbo un intento de organizar as festas patronais doutro xeito, conformando unha comisión. Está satisfeito coa resposta da sociedade e das empresas? - Sei que o que vou dicir é politicamente incorrecto, pero non é de recibo que o Concello organice e financie, case na totalidade, como sucedeu ata agora, as festas patronais da vila, mentres que as das parroquias corren por conta dos veciños. As festas tamén xeran negocio e haberá que avanzar nesa vía: ou os negocios asumen maior protagonismo como si fan noutros concellos, ou definitivamente teremos que explorar novas fórmulas no vindeiro ano.
dificultades severas polas que atravesa o sector gandeiro... Que outras alternativas de emprego cre que se poden impulsar no municipio? - Hai que recoñecer que as dificultades que atravesan o téxtil e o sector gandeiro afectan, e moito, a Ordes. Desde o Concello, e malia ás competencias limitadas neste ámbito, consideramos que o futuro pasa pola diversificación. E poño un exemplo referíndome a outos dos sectores que vostede cita. Aínda que a economía está en fase de recuperación, teño serias dúbidas de que a construcción volva acadar os niveis anteriores á crise, porque daquela case se podía ver un guindastre en cada esquina. Se cadra, o futuro pasa máis pola rehabilitación, a reconstrución, a mellora das condicións de habitabilidade, o illamento térmico e acústico das vivendas actuais, a humanización do contorno, etc. Teño postas moitas esperanzas no PXOM, porque abrirá novas posibilidades en todos os ámbitos. Se Oroso e Cerceda, que están aquí preto, teñen cadanseu polígono a un moi bo rendemento, por que non o podemos ter en Ordes, con dotacións e infraestruturas axeitadas, e unha vez superadas as limitacións urbanísticas actuais? Hai un terceiro factor que non debemos pasar por alto. Refírome á progresiva posta en servizo do porto exterior da Coruña, que se podería traducir en novas posibilidades para Ordes, dada a nosa ubicación xeográfica privilexiada. Polo menos, hai que intentalo.
crónicas - Agosto 2016
18
xeNte de Aquí ORDES Cita da Asociación Cultural Veciños de Leira, con formacións das provincias da Coruña e Pontevedra
Seis agrupacións folclóricas no encontro de leira O XXIV Encontro de Grupos de Danzas Rexionais congregou seis agrupacións das provincias da Coruña e de Pontevedra. Trátase do Grupo de Baile e Música Tradicional Os Rueriños (Oleiros), o Grupo Asociación Folclórica Lembranzas do Tambre (Oroso), o Grupo Folclórico Fibulas (Pontevedra), o Grupo de Danzas Pena Xuntanza (Pontevedra) e Pinga de Troula. Gaita, Pandeireta e Canto, ademais do Grupo de Danzas Asociación Cultural Veciños de Leira, anfitrión e organizador do evento, que conta coa colaboración do Concello de Ordes. A celebración contou con centos de asistentes. A mediodía desenvolveuse o xantar campestre tradicional, e mediada a tarde iniciouse o festival propiamente dito, cun tempo soleado e unhas temperaturas elevadas
Integrantes das entidades culturais participantes, sobre o esceario de Leira, nunha xornada de elevadas temperaturas
que supuxeron un reto adicional para os integrantes das entidades folclóricas.
O Concello estivo representado neste encontro anual polo concelleiro de Cultura, Festas, Mante-
mento e Servizos, José Manuel Mira Gómez, que entregou placas conmemorativas aos participantes.
FRADES
Viaxe municipal por localidades de Mariña de Lugo con 55 persoas Unha excursión municipal levou 55 persoas de Frades á Mariña de Lugo durante unha xornada. A viaxe permitiulles estar e coñecer algunhas das paraxes e localidades máis destacadas da zona. Así, acudiron en primeiro lugar á vila de Foz, onde xantaron nun restaurante do municipio. Despois vi-
sitaron a praia das Catedrais, onde aproveitaron a baixamar para aprezar mellor o areal e as emblemáticas formacións ocas na pedra que o caracterizan. Na viaxe, aínda tería tempo a coñecer Ribadeo. O alcalde, Roberto Rey, e a concelleira María Álvarez acompañaron a expedición en autobús.
A excursión levou os veciños e veciñas ata Foz, Ribadeo e a praia das Catedrais
El estilo y la moda que necesitas para sentirte segura contigo misma Tallas: de la 80 a la 130 DESDE SIEMPRE PENSANDO EN LA MUJER DE HOY
TALLER MULTIMARCA • Neumáticos • Diagnoses • Alineados • Mecánica xeral
Lugar O Cano S/N 15688 - OROSO Telf / Fax: 981 69 93 60 Móvil: 638 486 387
NUESTRA ATENCIÓN PERSONALIZADA, AMABLE Y PERSONALIZADA TE DEJARÁN SER TÚ MISMA
Las mejores firmas:
• Cambios de aceite • Distribucións • Embragues • Chapa • Pintura
Telf: 981 680 123 Alfonso Senra 128 / 15680 ORDES acasadasmedias@gmail.com
crónicas - Agosto 2016
19
xeNte de Aquí ORDES Artistas do colectivo Creativo Mutante decoran con orixinalidade os colectores das rúas de Ordes
Arte na rúa contra o feísmo e para reciclar máis vidro Ninguén poderá dicir que non ve os contedores para depositar vidro en Ordes. Nas últimas semanas, o Concello colocou dez en varias rúas da vila, decorados con creacións artísticas orixinais e exclusivas de Nana, de Mou e de Sokram, integrantes do colectivo artístico Creativo Mutante. A iniciativa conta con financiación das empresas SOL e Ecovidrio. A concelleira de Medio Ambiente, Ana Soneira, explicou que pretenden “animar á xente a que recicle”, mentres que Susana García, de Educación, fixo fincapé en que contribúen
á promoción da arte urbana, algo moi frecuente xa en Ordes polo labor de Creativo Mutante, impulsores do festival DesOrdes Creativas. A colocación dos colectores foi publicada por Crónicas na súa páxina de Facebook uns días despois de que se situasen os primeiros na rúa. A noticia causou un impacto sorpresivo de gran calibre nas redes sociais. En moi poucas horas superou os 500 ‘gústame’, foi compartida máis de 50 veces e acadou unha audiencia de máis de 34.000 persoas, suscitando preto de 60 comentarios, a maioría favorables a tal expresión artística.
Materiales de construcción Balado, 48 ORDES (A Coruña)
Saneamiento Fertilizantes
Telf: 981 68 11 21 Fax: 981 68 26 98 pampin@ahpampin.com
CLICKFER Recreo, 54 ORDES (A Coruña)
HNOS. PAMPÍN FERRETERÍA
Telf: 981 68 22 61 Fax: 981 10 87 97 pampin@ahpampin.com
20
Crónicas - Agosto 2016
xente dE aquí ORDES Día de portas abertas nunhas instalacións saturadas para incentivar adopcións e acollementos de animais
O día que a canceira de Ordes foi unha festa... A canceira de Ordes ofreceu unha xornada de portas abertas para tratar de mellorar a súa acollida entre a veciñanza. A chamada ‘Festa dos Cans’ fixo que decenas de persoas pasasen polas instalacións, que están practicamente saturadas e fan pensar que antes ou despois haxa que proceder ao sacrificio de animais. Polo de agora, os responsables de ‘Segunda Oportunidade’ quere invertir a situación. Ademais de amosar como funcionan a canceira municipal, cren que o contacto directo entre animais e persoas durante a xornada pode axudar a incrementar as adopcións e acollementos. Durante a festa, materializáronse algunhas adopcións e no que vai de ano xa se superan as vinte. O que non está claro é que sexa suficiente. A concelleira de Medio Ambiente ordense, Ana Soneira, sinala que a iniciativa, auspiciada polos sete Concellos da comarca e por Casa Grande de Xanceda, máis as campañas “dan un resultado positivo para conseguir que a nosa canceira sexa un paso intermedio no benestar e na felicidade de todos estes cans”. Soneira recoñeceu o labor dos socios e voluntarios da asociación Amigos da canceira de Ordes Segunda Oportunidade e des-
tacou “a súa eficacia, compromiso, solidariedade e rigor á hora de realizar o seu traballo”. Durante a festa, habilitáronse espazos de xogo entre os cans e os visitantes, e tamén se vendeu material e artigos de mercadotecnia da canceira para recadar fondos. E por suposto, promovéronse as accións que se acometen no centro. O espírito xeral está recollido no lema “Non merques, adopta ou acolle”, unha campaña de cartelería, vídeos, redes sociais e emisións radiofónicas na que colabora Crónicas. A principal mensaxe é evitar o abandono de animais. Á vez, difunden os beneficios que supón adoptar un can. En todo caso, a canceira informa tamén da opción do sistema de acollida temporal en casas particulares á espera de familias adoptantes. Son xa diversas persoas as que colaboran deste xeito, e que contribúen a reducir a sobrecarga de animais. Segunda Oportunidade anima tamén a que a poboación, ademais de adoptar ou acoller, se asocie ou se faga voluntaria. Na canceira ofrecen información sobre microchips, sancións por abandono ou maltrato, ou a necesidade de esterilizar se non se desexan camadas.
A concelleira Soneira (2ª dta.) destaca o labor da asociación de amigos da canceira
Dos dos animais adoptados durante a xornada de portas abertas da ‘Festa dos Cans’
... e o día no que se encheu de pequenos ‘Sorrisos’
Os nenos e nenas da escola infantil municipal ‘Sorrisos’ visitaron a canceira, situada preto do seu centro educativo, e interactuaron cos animais para aprender a coidalos
Un grupo de nenos e nenas da escola infantil municipal ‘Sorrisos’, de Ordes, visitaron a canceira durante unha xeira. A intención da visita era facerlles ver a necesidade de respectar os animais e o medio ambiente en xeral. Acompañados polos coidadores e titores, os cativos tiveron ocasión de
encontrarse cos cans, xogar con eles e darlles comida. A interacción buscou xerar sempre empatía entre os animais e os nenos e nenas, á vez que se lles explicaba que todos os residentes na canceira foron abandonados ou extraviados, en espera de que alguén os acolla ou os adopte. Mediante o contacto directo cos
animais, a xeración de emocións positivas sobre eles e as explicacións, preténdese que os máis novos vaian tomando conciencia da responsabilidade que supón ter un animal e os coidados continuos que precisa. Con estas actividades, a canceira quere propiciar o incremento das adopcións e dos acollementos, pero
sobre todo previr os abandonos no futuro, coa educación como ferramenta. Os nenos e nenas que acoden a estas visitas saen coa idea de que un animal non é un obxecto, senón que o deben ver como un amigo ao que sempre deben coidar e do que sempre deben procurar o seu benestar.
Crónicas - Agosto 2016
21
xente dE aquí
rezos Os mellores p tas!!! para estas fes ORDES Pola mellor tapa
O Abacco gaña a segunda edición de ‘De bo dente!’ ‘A vida vén do mar’. É o nome da tapa gañadora do concurso gastronómico ‘De bo dente!’. Foi presentada polo establecemento Abacco e consiste na representación dunha vieira feita con pan de gamba e pintada con tinta de calamar, rechea de arroz cremoso de marisco sobre unha base de salsa verde con toques de algas wakame e caviar de langostino. Os responsables da elaboración preferida polo público aseguran que “a idea era resaltar os productos galegos das nosas costas, xa que aínda sendo unha poboación do interior contamos con materia prima exquisita no noso día a día”. O certame, no que participaron 26 establecementos de todo o municipio, tivo como segundo premio a ‘Pizza Star’ do Bar Doniña e como terceiro a ‘Hamburguesa de polbo’ da Birroteca-Gastrobar Soul Food. O primeiro premio é de 230 euros, e os seguintes de 170 e de 120 euros. O concurso entrega tamén premios á clientela. Susana Castro obtivo
G
Equipo do establecemento Abacco, moi satisfeito coa obtención do primeiro premio
o primeiro, equivalente ao seu peso en cervexa Estrella Galicia, unha visita á bodega de Petroni, e cestas de cervexas internacionais, embutidos artesáns, ademais dunha botella Vallobera Mágnum. O segundo premio foi para Irene Bravo: unha visita á adega Vallobera, un vale de 30 euros no supermercado Eroski, un par de zapatillas Mustang de Calzados Capitán e unha botella de Vallobera Mágnum. O terceiro premio recaeu en Manuel Louzao, con vales desconto en Javier Alfonso e Deportes Capitán, unha cesta da froitería A Nova e unha botella Vallobera Mágnum.
Suculento aspecto da tapa gañadora
Na entrega de premios participaron o alcalde e varios concelleiros do goberno
Marcos Guerra Mengual Bernardo Guerra González
A CORUÑA c/ Asturias, 9 Lunes o Viernes - 11:00 a 13:30
ABOGADO - GRADUADO SOCIAL
CARBALLO c/ Fomento, 16 Entrs. Jueves - 11:00 a 13:30
G
ASESORÍA JURÍDICA
PREFERENTES
PENSIONES
SEPARACIONES
SEGURIDAD SOCIAL
CIVIL / HERENCIAS
Telf. 981 150 128
ORDES Rúa Compostela, 16 bajo Miércoles - 11:00 a 13:30
Fax 981 246 789
Crónicas - Agosto 2016
22
xente dE aquí ORDES
FRADES
As actividades de conciliación celebran unha festa na Alameda
Saída ao parque acuático
Grupo de Frades que se desprazou ao parque acuático de Cerceda Os cativos recibiron durante a festa un diploma e obsequios
A primeira parte das actividades de conciliación municipais en Ordes rematou cunha festa na Alameda. Nesta xeira de clausura participaron máis de cen nenos e nenas, que tiveron xogos e atraccións específicas. Foron varias horas de bailes, xogos inchables, xogos en grupo,
obradoiros de globoflexia ou de caracterización facial, e outras propostas lúdicas e de entretemento. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, máis a concelleira de Cultura, Susana García, entregáronlles os diplomas e diversos obsequios a cada un dos participantes no programa.
A saída ao Aquapark de Cerceda organizada polo Concello levou a 63 nenos e nenas de Frades a divertirse durante unha xornada na maior atracción acuática, artificial, de Galicia. Outras viaxes para este colectivo programadas por Frades son unha saída a Porto do Son, dentro dunha campaña autonómica para a promoción do consumo
dos produtos de mar, este 8 de agosto, e outra aos muíños de Barosa, en Poio, o 12 de agosto, seguida dunha visita a Combarro, tamén na provincia pontevedresa. Esta última viaxe custa 15 euros para persoas empadroadas e 20 euros para persoas de fóra do municipio. O prazo de inscrición programado, non obstante, xa rematou o pasado 3 de agosto.
MESÍA Os campamentos municipais de verán, con gran diversidade de actividades, superan os 60 participantes
Xogar e conciliar sen parar
Os campamentos ‘XoeCon’ -xogar e conciliar- do Concello de Mesía superaron os sesenta participantes na edición de verán. Como escenarios, as Brañas da Valga, a piscina municipal, a Casa da Cultura, o campo de fútbol municipal en Visantoña e o polideportivo de Visantoña. Xogos, miniolímpicos, obradoiros de manualidades, de cociña ou de elaboración dun tónico natural para golpes e picaduras, un roteiro pola natureza da contorna, dúas visitas ao Aquapark e unha de multiaventura son parte do programa. A gran festa de clausura superou o centenar de participantes.
crónicas - Agosto 2016
23
xeNte de Aquí
Rúa da Canteira, 11. ORDES (A Coruña)
Avda Luís González Taboada, 45. LALÍN (Pontevedra)
981 697 531 - info@strassfashion.es
Búscanos:
Strass Fashion
@InfoStrass
Strass Fashion
Strass Fashion
ORDES A localidade acollerá o XV Campionato de Cetrería a finais do vindeiro mes de outubro
A Feira de Cans de Caza do Mesón do Vento expuxo uns 3.000 exemplares A Feira de Cans de Caza do Mesón do Vento congregou uns 3.000 exemplares expostos, segundo os cálculos da organización. A oferta estivo composta por animais de múltiples razas, como setters, grifóns, teclees, bassets, beagles, podencos, jack terriers, dogos, gascóns, brunos de juras ou sabuesos. Para o Concello, a magnitude da exposición e as cifras de público sitúan este evento como “cita ineludible para o sector cinexético”, a máis relevante neste eido en todo o noroeste peninsular, indican. Como mellor exemplar da feira, foi recoñecido Uri, propiedade de Ramiro Villaverde. A mellor camada
Xunto coa exposición e venda de cans, celebráronse campionatos de caza, tanto de xabaril como de perdiz
foi a dos pointer de Manuel Gómez, e como mellor xauría premiouse a dos brunos de jura de Luís Mantiñán. A feira tivo na súa programación paralela a celebración de campionatos de caza, de xabaril e de perdiz. En total, chegaron a trinta inscritos. A novidade foi o primeiro Campionato Xuvenil Concello de Ordes na moda-
lidade de rastro de xabaril. O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, máis a concelleira da área de Medio Ambiente, Ana Soneira, encargáronse da entrega dos trofeos aos mellores exemplares nas modalidades de caza maior, caza menor e cada de perdiz nesta edición da feira.
Durante a feira, presentouse o XV Campionato de Cetrería, que terá lugar no Mesón do Vento os días 29 e 30 de outubro. Un posto informativo informou do evento, de considerable relevancia en todo o circuíto español, no que ademais o público tivo ocasión de ter unha ave rapaz nas súas mans.
Pizzas artesás
JUGUETERÍAS
OS MELLORES PREZOS ALUGUER DE HINCHABLES PARA TODO TIPO DE CELEBRACIÓNS e agora tamén: CANÓN PARA AS TÚAS FESTAS DA ESCUMA E EQUIPO DE SON
C/ Alfonso Senra, 18 15680 ORDES Telf: 981 680 612
Empanadas Bolería artesá Cafés Té... e moito, moito máis...
RÚA DO MERCADO Nº 10 - ORDES TELF: 881 981 808
24
crónicas - Agosto 2016
xeNte de Aquí FRADES
ORDES
Saídas á praia durante xullo e agosto con 55 prazas semanais
Aprobaron máis do 80 %
Entrega dos diplomas da primeira quenda das escolas de verán ordenses
A entrega de diplomas do curso volveu ser unha celebración do éxito
Os xoves dos meses de xullo e agosto, o Concello de Frades organiza saídas á praia en autobús. Son 55 prazas que custan 7 euros por día ou 25 euros por mes completo para persoas adultas empadroadas e 10 e 32 euros por eses mesmos conceptos para persoas de fóra do municipio. Os menores de
O curso de preparación de obtención da ESO para persoas adultas obtivo en Ordes máis do 80 % de aprobados. As clases comezaron o pasado mes de outubro e en maio foron as probas finais, que a gran maioría dos trinta alumnos e alumnas superaron. A área científica e tecnolóxica acadou nivel
doce anos pagan 5 euros por día. O autobús recolle os participantes en paradas establecidas en diversas parroquias, das que se informa aos participantes no momento da inscrición. A praia escollida para esta actividade municipal é un ano máis a de Boiro.
do 90 % e as de lingua e sociais situouse nun 80 %. A concelleira de Educación, Susana García, felicitou todos os participantes e animounos a continuar formándose. Algunhas das persoas que xa teñen o título oficial da ESO solicitaron xa praza en ciclos de Formación Profesional.
ORDES
O cosmos, desde Pereira e Vilamaior O programa de observación astronómica ‘Todocosmos’ ofrece sesións nas que poden participar todas as persoas interesadas en Pereira e Vilamaior. En Pereira, a actividade tivo lugar hai uns días. Acudiron decenas de persoas, de alí e doutros luga-
res. A sesión permitiulles contemplar planetas, estrelas, galaxias e constelacións, utilizando un telescopio de longo alcance. Á vez, reciben explicacións de especialistas. En Vilamaior será o 29 de agosto ás 22:30 horas na antiga escola, agora local social.
s o t s e upu omiso s e r P mpr o sin c
s una a e stas des Les ices Fie Fel
Revisiones gratuitas
Salud Bucal
Clínica Dental Rúa do Mercado, 6 bajo-dcha 15680 Ordes Tel. 981 682 023 / 626 854 378
• Odontología General • Extracciones molares y Estética del juicio • Ortodoncia • Colocación de implantes • Prótesis sobre implantes • Apicectomías lareinadesaba.ordes lareinadesaba.ordes@gmail.com
Eduardo Pondal, 11 Bajo. ORDES
981 680 320 - 620 822 531
Crónicas - Agosto 2016
25
xente dE aquí ORDES Unha quedada de coches superdeportivos de toda Galicia fai unha parada da súa ruta na Cervexería Islia
Un derroche de luxo e potencia a todo gas Un espectáculo sobre rodas. Un grupo de propietarios de coches superdeportivos de gran luxo, procedentes de localidades como A Coruña, Ourense ou Ferrol, fixeron o percorrido entre a cidade herculina e Ordes nunha das súas quedadas periódicas. En Ordes, efectuaron unha parada na Cervexería Islia, que escolleron por segunda vez pola formidable acollida que lles ofrece e o trato amable que distingue o establecemento. Durante a súa estadía, a rúa atraeu a mirada de moitos curiosos.
Flores ABELLÁ Coronas Centros - Ramos - Arreglos Plantas Teléfonos: Ordes: 981 680 301 Abellá: 981 699 731 Móvil: 659 843 518
Todo listo ! para el cole!!
26
Crónicas - Agosto 2016
xente dE aquí TORDOIA Nenos e nenas valoran o consumo de peixe e marisco nunha visita a Cabana de Bergantiños
Unha excursión para ver e valorar os produtos do mar Unha excursión levou a trinta e cinco nenos e nenas de Tordoia ata Cabana de Bergantiños co propósito de que coñecesen e aprendesen a valorar as cualidades dos produtos do mar. Dentro do programa autonómico ‘O sabor da aventura está no mar’, a visita fixo que participasen en diversos obradoiros cos que se pretende
incrementar o consumo de peixe e marisco, tanto frescos como en conserva. A xornada, que lles resultou moi divertida, rematou cunha visita á Casa das Mariscadoras. Ademais de aprender sobre o traballo destas profesionais, puideron probar diversas elaboracións e receitas de peixe galego.
crónicas - Agosto 2016
27
dePORteS ORDES Ofrecen múltiples especialidades para propiciar o exercicio físico e erradicar hábitos sedentarios
un campus estival aposta pola diversidade deportiva O Campus Deportivo de Ordes ofreceu múltiples propostas para os máis pequenos, co propósito de fomentar a práctica de exercicio e despegalos así do sofá e das pantallas durante as vacacións escolares, e coa premisa adicional de que hai moito deporte máis alá do fútbol. Por suposto, algunhas das sesións dedicáronse ao fútbol, pero compartiu protagonismo con modalidades como o atletismo, o chamado chutbol, o balón tiro, a orientación, o rugby touch... Incluso dedicaron unha xornada ao duatlón, dentro das especialidades de atletismo. Serviu para que os máis novos coñecesen o esforzo que supón este tipo de probas combinadas mediante a súa práctica. O campus, desenvolto a través da empresa Sif Servicios - Órbita Infantil, tivo tamén capacidade de reacción para reprogramar as súas actividades, precisamente sobre a base da diversidade de deportes aos que podían acceder os participantes. Deste xeito, cando a meteoroloxía desaconsellou un día de piscina xa previsto os nenos e nenas puideron mellorar as súas destrezas no balonmán e no baloncesto, utilizando as instalacións
do pavillón Castelao II, cedido polo Concello de Ordes. Houbo espazo tamén para os xogos tradicionais, que ocuparon sobre todo o tempo dos máis pequenos na xeira na que os demais compañeiros asimilaron as nocións esenciais do rugby touch e practicaron o xogo, sempre baixo a dirección, coordinación e supervisión de persoal especializado. Esforzo, respecto, disciplina, compañeirismo, igualdade, solidariedade ou afán de superación foron algúns dos valores cos que se impartiu o campus, máis centrado na formación humana que na competitividade.
O campus ofreceu especialidades como o atlelismo, o chutbol, o balón tiro, o rugby touch, a orientación ou o duatlón
DOLMEN DE CABALEIROS (TORDOIA)
Aberto todos os días VISITAS GUIADAS: Sábados, domingos e festivos, de 11:00 a 19:00 horas. Do 30 de xullo ao 25 de setembro
Teléfono de contacto:
638 927 471 Concello de Tordoia Ilustración de José Mª Yáñez
28
Crónicas - Agosto 2016
DEPORTES FÚTBOL O torneo acadou unha das maiores participacións, con triunfos para equipos de Xanceda e de Mesía
Xogo a alta temperatura no interparroquial de Mesía
Xogadores da parroquia de Visantoña, subcampións na categoría F5, no momento de recibir a súa copa Integrantes do equipo de Xanceda que se proclamou campión na categoría F5, a de menor idade, coa copa
Na categoría F8, o equipo que se proclamou campión do torneo foi o da parroquia de Xanceda
O conxunto da parroquia de Mesía foi o terceiro clasificado na categoría F5 do interparroquial de fútbol 2016
Os xogadores do conxunto da parroquia de Mesía, coa copa que os acredita como campións do Torneo Interparroquial 2016 na categoría F11, a de xogadores de maior idade
A parroquia de Cumbraos foi subcampioa no torneo de F8. Na imaxe, o equipo coa copa e os munícipes
O equipo presentado pola parroquia de Olas, subcampión no Torneo Interparroquial 2011 na categoría F11
Equipo da parroquia de Mesía, clasificado en terceira posición do torneo na categoría F8
Xogadores da parroquia de Visantoña en F8, que obtiveron a cuarta posición na súa categoría de xogo
Aliñación de Xanceda na categoría F11, na que obtiveron a terceira posición do interparroquial de fútbol de 2016
O Torneo Interparroquial de Fútbol Concello de Mesía 2016 elevou este ano a participación e tivo que xogarse en dúas xornadas. As altas temperaturas obrigaron ademais a modificar os horarios. En total, foron once equipos e máis de 150 xogadores e xogadoras. Todos os participantes das categorías F5 e F8, as de menor idade disputadas na primeira xornada, recibiron medalla. Nas dúas, e tamén na sénior de F11, os campións e subcampións recibiron trofeos de mans do alcalde e do concelleiro de Deportes de Mesía.
En F11, os xogadores da parroquia de Visantoña lograron a cuarta praza do Torneo Interparroquial
Crónicas - Agosto 2016
29
PUBLICIDADE
Análise do primeiro ano de lexislatura - O alcalde négase a levar a cabo a auditoría sobre a situación económica no concello de Ordes; o cal demostra que existe unha clara vontade do PP en “manter apagados os ventiladores” e non desvelar posibles irregularidades económicas no concello de Ordes, sobre todo na lexislatura 2007-2011 que foi a causante da grave débeda que sufriu a entidade, chegando a superar os 10.000.000 €. Pódese dicir que existe un pacto de non agresión PP-UxO. - José Luís Martínez Sanjurjo é contrario á baixada do IBI (mais coñecido como imposto da contribución), ao impedir que se aprobase unha
moción do BNG para a conxelación do imposto, o cal evitaría a súa subida no que resta de lexislatura. - O alcalde segue abusando do procedemento negociado sen publicidade como procedemento de contratación, escollendo a dedo ás empresas para realizar a inmensa maioría das obras ou prestacións de servizos. Mesmo no ano 2015 contratou a unha empresa privada vinculada a membros da súa equipa de goberno para levar a cabo as rozas das cunetas. - Ordes é gobernado por un PP incapaz de aprobar uns presupostos e covarde ao non some-
Pablo Vidal Ríos
telos a unha moción de confianza, pola cal quedarían aprobados se no prazo dun mes non se presenta unha moción de censura. Isto provocou que se perdesen 218.000 € para amortización de débeda procedentes da Deputación da Coruña. Desde o BNG de Ordes combateremos sempre este tipo de políticas regresivas e traballaremos na conformación dunha alternativa real ao goberno do PP en Ordes. A asemblea local do BNG de Ordes quere aproveitar a ocasión para desexarlle á veciñanza unhas felices festas.
Paula Castenda Blanco
Gonzalo Veiras Carneiro
“Hacemos ofertas personalizadas a cada tipo de cliente” - ¿Por qué recomiendan comprar telefonía móvil en The Phone House? - En The Phone House tenemos gran variedad de marcas y modelos, los mejores precios del mercado así como distintas compañías tanto de telefonía fija como móvil para escoger. Y todo tipo de accesorios para móviles y tablets. Servicios como seguros, servicio técnico, puesta en marcha... - ¿Ofrecen servicios de compañías telefónicas y terminales libres? - Disponemos de las compañías punteras en el mercado y de las marcas más vendidas con los mejores precios. Tenemos todas las gamas y tipología de termi-
CONSEJO
experto, simple e imparcial para que encuentres lo mejor para ti
PRECIO el mejor precio garantizado
nales. Desde teléfonos básicos hasta los últimos modelos y más avanzada tecnología, con precios desde los 19€ hasta lo que el cliente esté decidido a pagar. También tenemos una gama denominada “Puestos a nuevo”, que son terminales de distintas gamas a muy buen precio. - ¿Alguna oferta destacada? - Hacemos ofertas personalizadas a cada tipo de cliente según sus intereses y necesidades. Hay clientes que llegan buscando un terminal a buen precio, pero otros lo que necesitan es abaratar la factura. Para cada uno tenemos una oferta específica. - ¿Qué capacidad tienen de conse-
guir para el cliente un teléfono concreto? - Disponemos de gran variedad de marcas y modelos y, en caso de no disponer de él en el acto y siempre que haya disponibilidad en el fabricante, se le conseguiría lo antes posible . - Además del producto, ¿ofrecen asesoría, reparación y otros servicios? - Sí, asesoramos gratuitamente. Tenemos servicio técnico tanto en garantía como con presupuesto y otros muchos servicios. - Está muy de moda Pokémon Go. ¿Qué tipo de teléfono nos recomienda? - Cualquier teléfono que disponga de
VARIEDAD
La mayor gama de teléfonos, tablets y operadores
SERVICIO
y asistencia durante toda la vida de tu teléfono o tablet
Alfonso Senra, 144 - 15680 ORDES (A Coruña)
Silvia Lameiro Sánchez, responsable de The Phone House en Ordes
una buena batería, ya que este tipo de aplicaciones suele consumir gran cantidad, o en su defecto una batería externa para tener repuesto en cualquier momento.
Crónicas - Agosto 2016
30
DEPORTES TRIBUNA
Os bos e os malos dirixentes nos clubs de fútbol
Este escrito en forma de crítica vai dirixido a eses dirixentes do fútbol que ano tras ano seguen enganando a todo o mundo, prometéndolle a xogadores soldos que saben que non poden pagar, mercando roupa en tendas deportivas que despois non pagan... E o curioso do caso é que aínda seguen no cargo para a próxima tempada, non sei como se atreven a seguir arruinando os seus propios equipos e seguir tan tranquilos. Só porque figurar impórtalles máis que que o equipo que dirixen progrese. Ás veces, para progresar hai que retroceder e xogar con xente da canteira para saír adiante, aínda que iso conleve en moitos casos baixar de categoría, que sería o máis normal, e sanear os clubes. Eu creo que os dirixentes que actúan desa maneira deberían ter unha sanción e non volver polo menos a dirixir un equipo de fútbol, xa que coa súa mala xestión tarde ou cedo os seus (segundo eles) equipos da súa vida poden desaparecer. Vemos ano tras ano que moitos xogadores cando rematan a tempada marchan quedándolles pen-
PISCINA CUBERTA
Dezasete modalidades diferentes a escoller na programación da vindeira tempada A programación de actividades da vindeira tempada na piscina climatizada Iván Raña, en Ordes, inclúe dezasete modalidades diferentes a escoller. Segundo o departamento municipal de Deportes, atenden “todos os gustos, preferencias, necesidades e idades” e estarán supervisadas por profesionais do deporte. As novidades este ano son os exercicios hipopresivos posturais e respiratorios; o GAP 30 con sesións de media hora para fortalecer glúteos, abdome e pernas; o free dance con baile e exercicio físico; a danza urbana infantil para nenos e nenas de 8 a 16 anos; o cross training con adestramento de forza; a espalda sa, con exercicios para fortalecer e tonificar esa parte do corpo; o TBC con exercicios diferentes en intervalos; o Aquazumba, coas vantaxes da zumba e do exercicio acuático. Tamén a partir de setembro, seguen a tonificación, o aquagym, zumba, cardio box, stretching, aerostep, pilates, e acondicionamento físico sénior.
dentes de cobro algúns meses. Moitos deles nunca os cobran e aquí non pasa nada. O mesmo pasa nalgunhas tendas de deportes e en empresas de autobuses. Están no mesmo! PERO SEÑORES, MARCHEN PARA A CASA E FARANLLE UN FAVOR AO SEU QUERIDO CLUB! Desde o meu punto de vista é moi doado solucionar o problema, simplemente xogar con xente da zona aínda que o ano próximo se perda a categoría, pero no futuro sairán os resultados e ao mesmo tempo sanearanse as contas do club. Isto val para todas as categorías do fútbol, pero estoume referindo ás de terceira división para abaixo, incluída a mesma terceira, empezando por estas categorías onde é moito máis doado xogar coa xente da canteira se non se pode pagar. Ao socio de verdade dálle igual que o equipo baixe de categoría, o importante é que o club estea saneado. E ademais coas vantaxes engadidas de que a canteira levará máis público ao campo, posto que xoga o noivo ou a noiva, van os pais e nais, as amizades, a veciñanza... e chega a conformarse unha afección moito máis
próxima aos xogadores e ao club. Este escrito só vai dirixido á xente incumpridora do fútbol, aos dirixentes que levan os seus equipos á senda do desastre económico e ademais á ruína deportiva. Nada que ver con aqueles dirixentes que van no bo camiño e son exemplares nas súas funcións do cumprimento con todo o que rodea o fútbol (xogadores, tendas de deportes, mutua, arbitraxes, autobuses...). Nin tampouco contra os xogadores de fóra, soamente uso ese termo polos directivos que lles prometen e logo non cumpren con eles. Algúns si poden estar, enriquecen o equipo xa que se fichan é porque supostamente son mellores. Pero non en todos os casos, xa que o da canteira pode ser tan bo ou mellor se se lle dan oportunidades. A maioría dos clubs nin sequera presentan as súas contas aos socios ou escóndenas. Isto xa di moito de quen dirixe un club. Igual que pagan, os socios teñen dereito a saber como van as contas no club. Ao final da tempada ou antes de que comece a seguinte os directivos dun club están na obriga moral de mandarlles unha carta a todos os socios, presentándo-
Texto remitido á redacción de Crónicas por un lector, que prefire manter o anonimato e que matiza que se trata dunha reflexión que non se refire a ningún club de fútbol en concreto, nin a todos en xeral.
FÚTBOL
FÚTBOL
Rematou o campus do Celta en Oroso, con 52 participantes
O campus durou catro semanas, con formación en fútbol e propostas lúdicas
Con xullo, rematou o Campus de fútbol que a Fundación Celta de Vigo desenvolveu en Oroso. Participaron 52 nenos e nenas de entre 4 e 16 anos. Á clausura acudiron o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e o presidente do Celta de Vigo, Carlos Mouriño, ademais do presidente da fundación do equipo vigués, Germán Arteta, o presidente da ED Xuventude
lles o estado das contas e os movementos da anterior tempada como se fai nalgúns clubs. Sábese que nalgúns casos fanse reunións, pero non todo o mundo pode asistir, así que o máis lóxico é enviar a correspondente información á casa, como se fai nalgúns clubs exemplares. Para rematar, dicir que sei do que falo, eu dirixín un club e así o fixen. E os actuais responsables dese mesmo club seguen exemplarmente da mesma maneira, que non pode ser outra. Un moi cordial saúdo e noraboa aos bos dirixentes do fútbol e aos xogadores. Aos demais, por favor abandonen o fútbol. Tamén noraboa aos bos dirixentes políticos que prestan as instalacións, pero que tamén deberían presentar as súas contas. O mundo sería mellor se algúns deles fosen máis xustos.
Oroso, José Ferro, directivos do Sigüeiro FC e o equipo técnico do campus. Mouriño fíxolles ver aos cativos que o principal do fútbol é a diversión e tamén o esforzo dos seus pais e nais para que puidesen practicar deporte. Mirás engadiu a capacidade do deporte para formar boas persoas e agradeceu todos os apoios para o campus.
Competicións en Vista Alegre na fin de semana previa ás festas de Ordes A fin de semana previa ás festass patronais de Ordes, a do sábado 13 e o domingo 14 de agosto, terá como protagonista destacado o fútbol local, coa disputa do Trofeo San Roque e o Torneo Concello de Ordes nas instalacións do complexo deportivo de Vista Alegre. O sábado, desde as 17:00 horas, xógase o Trofeo San Roque, coa participación cos veteráns do Mesón do Vento Club de Fútbol, os veteráns do Poulo Club de Fútbol, a Peña Vilamaior, os veteráns da Sociedade Deportiva Club Ordes, e o Veteráns Ordes. Ao día seguinte, o domingo, neste caso a partir das 18:00 horas, dispútase o Torneo Concello de Ordes entre tres equipos locais: a Sociedade Deportiva Club Ordes, a Asociación Deportiva Vila de Ordes, e a Sociedade Deportiva Santa Cruz de Montaos. As dúas competicións están organizadas polo Concello de Ordes, que conta coa colaboración da Deputación da Coruña para o seu desenvolvemento.
crónicas - Agosto 2016
31
OPiNiÓN En nome de todos os integrantes da Agrupación Socialista de Ordes quero desexarvos a todos os veciños e veciñas de Ordes, así como a todas as persoas que vos acheguedes estes días ao pobo, unhas Felices Festas Patronais!!! VERÓNICA GÓMEZ FUENTES, voceira municipal do PSdG-PSOE de Ordes
Os paxariños da Alameda Pousas as gaivotas perdes todas na mesma póla? Ou hai algunha que perdeu a condición gregaria á vista dos empíricos acontecementos? Que pasará cando, despois deste golpe de altas temperaturas, veña o inverno? Ocultar micrófonos nos móbiles é ilegal, pero quizais camuflar algún en terrazas e reservados dea moitos froitos...
Os ornitólogos non contaban co episodio. Estaban ocupados na caída de toda teoría sobre guionistas e aves, tamén pola forza dos acontecementos empíricos. Xa abriron novas liñas de investigación. Unha disocia poder e intelixencia e outra busca compaxinar hipóteses previas da hipocresía interesada coa fantasía do ego.
E entre as verdadeiras, que pasa? Deron disimulado ben os nervios, coa estupefacción propia dos agostos. Ao final aínda o van celebrar. Iso as da á frívola, as máis sensatas fixeron xa o cálculo de custos e rendementos, por se había que captar adhesións inquebrantables nunha carambola inesperada.
Ai, os guions! Aves doutro campanario preferiron hai un tempo instalarse no drama, intentar colleitar réditos a partir de adiantos da trama, falsos e repugnantes o máis das veces. Ao final, nin culebrón, nin masacre sanguinaria nin fogos de artificio. Simplemente historia monótona de final feliz para alixeirar o pretérito.
O TAQUÍGRAFO DISLÉXICO
Que se expliquen todos Aproveito as escasas liñas que deixa o innegable éxito comercial desta publicación (pídolle á dirección unha reserva natural onde poder recrearme algo máis) para amosar o abraio que me produce o intento (intento?) de moción de censura en Ordes. Se non fose porque a política local e os seus protagonistas xa son ben coñecidos, o caso daría para un ensaio profundo. Pero así non pasa dun dislate en pleno mes de agosto, quen sabe se o primeiro espectáculo de fogos de artificio das festas. Algo fallou, ademais da negativa do BNG, nos plans de UxO para intentar o desaloxo do PP. Algo ou alguén precipitou acontecementos, no peor momento, xa non se sabe se pola présa por desatalos ou polo interese inconfesable de que a operación fracasase. Tantas son as históricas brétemas da política
ordense que non é doado discernir. Estaría ben tamén unha explicación de por que o BNG leva a unha asemblea local a difusa oferta saída de conversas informais, non algún documento máis ou menos definido, formalizado. Por que precipitou todo tamén? Sería necesario aclarar presións de niveis superiores. É a decisión tomada unha saída para atrancar un conflicto de intereses interno? E tamén é necesario que o conxunto das formacións, comezando polo PP, asuman dunha vez o mapa saído das municipais do ano pasado. Se o entenden con intelixencia, quizais o ano que vén non se repita a vergoña, o fracaso colectivo, de ter o Concello sen orzamentos novos, por incapacidade, indolencia e desinterese de todos. Directora, máis liñas. Por favor.
de 35 años a nci e i r e p x e
centro de estética
*Promoción limitada
Láser de Diodo (depilación definitiva) a precio de la cera
Marga Lagares Telf: 981 69 76 60 C/ Paraíso, 67. Bajo 15680 - ORDES
¿Tienes 15 euros para piernas enteras?* Te atendemos igualmente aún en período de vacaciones Canteira, 10 - 15680. Ordes (A Coruna) Teléfono: 981 68 26 12 centrodoblanc@hotmail.com
Crónicas
Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.
Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L. Peche de edición: 05-08-2016. Depósito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com
ORDES Josefa Sánchez e José Manuel Mandaio serán os homenaxeados o martes 16 no Día do Emigrante
“A homenaxe gústame, pero emocióname moito” - Dise pronto, pero foron 44 anos en Inglaterra. “Con altos e baixos, como é normal na vida, pero con moita felicidade”. José Manuel Mandaio e Josefa Sánchez, matrimonio do Cruceiro (Barbeiros), son os protagonistas este ano do Día do Emigrante de Ordes. Crónicas fala desta homenaxe con Josefa, e do que supón unha vida na emigración. Cando fixeron as súas primeiras maletas? - A Inglaterra, as do meu marido foron en xaneiro de 1971, o 14 de xaneiro. El estivo fóra oito meses, e regresou para casar. Casamos o 11 de setembro de 1971. Despois xa marchamos os dous. Eu entrei no país británico a primeiros de outubro dese mesmo ano. - Marcharon porque aquí non había alternativas de traballo? - Un pouco foi por iso, pero tamén porque queriamos ver algo diferente do que tiñamos por aquí naquel momento, do que era España. Eu estaba traballando, traballaba en Ordes na fábrica de Viriato e na confección de Peteiro... O meu marido xa estivera antes en Francia, uns oito meses por 1967, despois tivo que volver para facer a mili, e finalmente puidemos ir a Inglaterra. - E desde o 4 de agosto de 2015, fai un ano, están retirados. En que traballaron? - O meu marido estivo case sempre traballando en hostalería, en restaurantes, e eu traballei nun hospital durante varios anos. Despois estiven traballando en compañías de limpeza para casas residenciais. - Toda a vida formárona alí? - Si, nós tiñamos intención de volver cando xa pasara un tempo. Pero ao final non viñemos, quedamos alí outra tempada, e despois xa formamos unha familia e alí construímos a nosa vida. - Podían vir con frecuencia? - Si, nós viñamos todos os anos
Josefa Sánchez e José Manuel Mandaio, ante o monumento á emigración en Ordes
ver os nosos pais e irmáns. Cando tivemos os nenos, empezamos a vir máis a miúdo, ao mellor dúas veces no ano. Despois os nosos pais comezaron a ter problemas de saúde e desafortunadamente fómolos perdendo, e botamos moito tempo por aquí. A nosa emigración é moi diferente á da xente que antes marchaba a América e non volvía en anos. O noso soño sempre foi vir para España. - E os seus fillos tamén? Ou son máis de alá que de aquí? - Non, estamos aquí todos. O fillo é o máis novo e desde que rematou a carreira volveu, e leva doce anos xa aquí asentado. E a filla veuno intentar despois, pero non atopou aquí daquela a súa oportunidade. E volveu con nós para alá, que seguimos estando ata a xubilación. Pero desde o ano pasado xa estamos todos aquí.
- Había moita xente de por aquí alí, ou estiveron illados? - Non, que va! Nós estabamos no corazón de Londres, ao mesmo lado do pazo da raíña. Alí vivimos toda a vida, e si que había un número considerable de españois, especialmente galegos. Había sociedades, o centro galego... - Entón, tamén terían contacto con xente da comarca... - Si, por suposto, De Ordes había varios, que algúns tamén retornaron xa e outros aínda continúan por alí. - Que lles parece protagonizar esta homenaxe? - Xa nolo propuxeron desde o ano pasado. Os homenaxeados do ano pasado [Constantino Lagares e Carmen Rial] tamén son de Barbeiros e son amigos íntimos nosos da Arxentina, de hai moitos anos. Ese mesmo
día viñeron dicirnos que este ano nos tocaba a nós. A min é algo que me gusta, pero que me emociona moito. Dóeme porque foron moitos os anos que estivemos polo mundo, veñen moitos recordos á cabeza e non é doado. Pero espero que todo vaia ben. Amistades e familia involucráronse e entón aceptamos, hai que respectar as intencións dos demais tamén. - Hoxe o Reino Unido está co proceso do Brexit. Isto pode afectar á emigración? - Cando nós emigramos a Inglaterra, era moi difícil. Non era como agora. Agora están as portas abertas para todos. Daquela non, daquela había moitas máis regras. Nós fixémonos libres no país aos catro anos de entrar, e cunhas regras das autoridades británicas bastante esixentes. Eu respecto o máximo a Inglaterra, vivín moitos anos e tiven a miña vida alí. Despois do meu país é o primeiro. A Unión Europea foi positiva pero agora cambiaron os desexos e non sei como será. Nós retornamos o ano pasado e a verdade é que unha cousa é o que se poida dicir aquí na televisión e outra é vivilo alí. Non sei se será máis difícil que ata agora. Nos últimos anos, había moitísimos emigrantes españois e doutros países, moita xente nova coas carreiras rematadas que aquí non atoparon futuro e foron por alá adiante, traballando en hostalería, tendas textís... - Á volta de tantos anos, segue habendo emigración, é moi diferente, pero ao final estar lonxe da casa sempre é estar lonxe da casa? - Nunca é moi agradable porque pasa calquera cousa e sempre hai unha distancia. Aínda que moitos din que está aí ao ladiño, non é así. Nós vivímolo e non é así. Agora ben, é certo que non é como estar en Cuba, en Arxentina, no Brasil... Ou incluso en Australia.
Jesús Sánchez Pampín Rúa Compostela, 3 - ORDES 981 680 060 - 646 176 185 www.carniceriaignacio.com
C/ Alfonso Senra 134. 15680 Ordes (A Coruña) Tfno: 981 68 17 81 / Fax: 981 69 74 55 www.deportescapitan.es