Cronicas comarcadeordes n33 setembro2016

Page 1

Crónicas

Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 33 - Setembro de 2016

Rebelión en lesta polo proxecto para unha planta de residuos O proxecto para instalar unha planta de residuos na parroquia de Lesta xerou un forte rexeitamento social. A asociación de persoas afecta-

das advirte de serios prexuízos para a economía, o ambiente e a saúde humana da zona se o vertedoiro sae adiante. Alegaron contra a

iniciativa co respaldo de máis de 7.000 sinaturas. A corporación de Ordes tamén se pronunciou en contra por unanimidade nun pleno ex-

traordinario. A empresa promotora defende a iniciativa, sinala que no é prexudicial e critica un intento de “manipular” a poboación. Páxs. 2-3

Os máis rápidos do momento

cOmARcA

unha forte tormenta ocasiona numerosos danos Páx. 7

OROSO

Góis entrégalle a Oroso a súa medalla de Ouro Páx. 14

entReViStA

As gañadoras de ‘cultiva mazás’ explican a súa idea Páx. 13

ecOnOmíA

david Santos e Rocío Alvite gañan a xxi carreira de Ordes Páx. 19

temen o retorno do leite negro coa axuda para reducir Páx. 12

ORdeS - ceRcedA

A Xunta licita por fin a obra da estrada de Mercurín

tRAZO

A Deputación estudará arranxar o vial a Val do Dubra

Páx. 4

Páx. 11

ORdeS

comezan as obras da Ponte de Pereira medio ano despois Páx. 6

Lavado a man Encerado, pulido e abrillantado de carrocerías Lavado de tapicerías con desmontaxe de asientos e coa súa limpeza interior completa Todo cos mellores produtos de limpeza e ceras de alta calidade Lavado de fondos Petroleado de motores

Lavado a Man de Coches - Servizo Rápido Rúa Campo Santo nº 17 Ordes (A Coruña)

Servicio rápido Cambio de aceites, filtros, pastillas, etc. Cambio de rodas con ofertas en 1ª e 2ª marcas TO PRESUPOS PIDE O TEU O IS M O R SEN COMP


Crónicas - Setembro 2016

2

Actualidade ORDES Todos os grupos piden paralo e queren blindar no Plan Xeral a zona afectada

Unanimidade na corporación contra o proxecto dun vertedoiro en Lesta

O BNG e AGE levarán o caso ao Parlamento Europeo e reivindican un cambio de modelo

Ningún grupo político ordense tivo o atrevemento de apoiar o proxecto de instalación dun vertedoiro de residuos na parroquia de Lesta, que ocasionou un considerable rexeitamento social. O alcance da polémica foi tal que se celebrou un pleno extraordinario da corporación, solicitado polo BNG. Na práctica, a sesión, que se celebrou na Casa da Cultura para albergar a gran cantidade de público, non reflectiu a tensión existente. As distintas formacións forxaron un acordo previo e votaron por unanimidade. Ademais de rexeitar o proxecto, opóñense tamén “á centralización do almacenamento e xestión de residuos de toda Galicia na comarca por resultar antieconómico e ambientalmente obsoleto”. E tamén instan aos redactores do Plan Xeral para que o solo afectado sexa clasificado como rústico de especial protección, o que dificultaría o proxecto. A base do acordo foi a moción presentada polo grupo nacionalista, liderado por Pablo Vidal, que se amosou satisfeito pola unanimidade acadada. Horas antes do pleno, o goberno municipal, do PP, reclamaba unanimidade e sinalaba que tomaba como referencia a solicitude que lle presentara a asociación de persoas afectadas. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, sinalou a importancia ambiental e económica da zona, que considera “incompatible coa crea-

A controversia polo proxecto de vertedoiro chegará ás institucións europeas da man do Bloque Nacionalista Galego (BNG) e de Alternativa Galega de Esquerdas (AGE). Así se puxo de manifesto tras a visita a Lesta da portavoz do Bloque en Europa, Ana Miranda, e da eurodeputada Lidia Senra, de AGE. Miranda sostivo un encontro coa asociación de persoas afectadas, á que acudiu tamén o profesor universitario Manuel Soto, experto en residuos e integrante de Adega. A representante do Bloque acordou coa veciñanza presentar unha denuncia en Bruxelas, que segundo o BNG “súmase á presentada no Parlamento Europeo en 2015 por vulneración por parte do Goberno Galego da directiva de residuos europea por Sogama”. Senra, que tamén se reuniu coa asociación e visitou a zona, anunciou que presentará preguntas ante a Comisión Europea para “denunciar o dano deste proxecto”. Os veciños expresaron no seu encontro que o vertedoiro “realmente é un pé que Sogama está metendo no concello de Ordes”. Aseguran en AGE que o proxecto de Lesta, xunto cos xa existentes a escasos metros na Areosa, constituirían “o vertedoiro de lixo máis grande de Europa”. A intención de Senra é impedir desde as instancias europeas que o proxecto saia adiante. En todo caso, advirte tamén de que o problema de fondo é o modelo de xestión de residuos que, ao seu modo de ver, representa Sogama. AGE sinala que hai que emprender “unha aposta decidida pola reciclaxe e a redución de lixo”. Senra observou na súa visita “como directamente chegaban camións de Sogama e descargan todo o lixo na Areosa, sen tratamento previo nin selección de ningún tipo”. “Esta é a verdadeira Sogama, non a que a Xunta nos di que é”, declarou a eurodeputada de AGE.

Numeroso público de toda a comarca acudiu á sesión plenaria sobre o vertedoiro

ción de vertedoiros e áreas residuais no noso municipio”. En todos estes matices subxace unha pugna por facer ver quen defende mellor os intereses dos veciños. O Bloque foi o que puxo o asunto na axenda pública, revelando a fin do periodo de información pública do proxecto para a súa declaración de impacto ambiental, sen que a veciñanza fose avisada. O alcalde apreza intencións electoralistas na oposición e replica que quen se enterou foi un veciño, o que permitiu ademais averiguar que a Xunta non cumprira os prazos legais, supostamente por un erro, e fixo que se tivese que abrir unha nova fase de ale-

gacións ao proxecto, que por certo se tramita desde 2011. Por parte do PSOE, compartiron as demandas e apoiaron a veciñanza nos pasos que dea. A súa portavoz, Verónica Gómez, lembrou de que no seu momento xa advertira de que a “tramitación apresurada do PXOM podería ter consecuencias moi negativas, ao conter erros e deficiencias”. Apunta así ás dúbidas para poder delimitar agora un novo solo de protección especial no terreo afectado, cando no plan aprobado inicialmente “existen erros na cartografía e non se categoriza como solo de protección de augas a contorna de dous regos” na zona.

A asociación veciñal alega con máis de 7.000 sinaturas A asociación de persoas afectadas polo proxecto do vertedoiro mobilizouse na segunda exposición pública aberta pola Xunta e presentou unha serie de alegacións, elaboradas por especialistas e acompañadas por 7.111 sinaturas. Veciños particulares, a asociación de cazadores ‘A Cheminea’, o BNG e diferentes grupos e asociacións ecoloxistas presentaron tamén alegacións. Entre os argumentos que ofrece a asociación, destaca que o vertedoiro impediría conservar especies de ras catalogadas como ameazadas que viven nos humidais das arredor de 14 hectáreas que ocuparía o proxecto.

Indican ademais que o regulamento do dominio público hidráulico obriga a protexer todos os regos que atravesan a finca, o que ao seu entender non permite construír o vertedoiro. Tamén expresan que o estudo de impacto ambiental presentado agora é idéntico ao de 2011, sen que se adaptase á lexislación aprobada e en vigor desde entón. No mesmo sentido, valoran que non está xustificada a orixe dos residuos e que o vertedoiro non cumpriría o plan autonómico de xestión de residuos urbanos vixente ata 2020 nin o de residuos industriais 2016-2022, en tramitación.

Crónicas

Outro dos aspectos que expoñen é que o uso como vertedoiro non está permitido nin pola Lei do Solo de Galicia nin polo planeamento en vigor no municipio. Por suposto, inciden tamén nos prexuízos para a saúde, o ambiente, a actividade agrogandeira e cinexética. Sinalan que a enquisa do estudo socioeconómico para o estudo de impacto ambiental “é aparentemente ficticia” e carecería da obxectividade e rigor suficientes. Citan por último as repercusións que o vertedoiro tería sobre o río Lengüelle, afluente do Tambre, do que bebe a cidade de Santiago.

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Se quere recibir Crónicas de balde no seu correo electrónico, pídao en cronicas.comarcadeordes@gmail.com


Crónicas - Setembro 2016

3

Actualidade ORDES ‘Reciclaje Ambiental Lesta, SL’ di que o proxecto é necesario e que non albergará residuos perigosos

A empresa cre que se “manipula” á poboación ‘Reciclaje Ambiental Lesta, SL’ (RAL), a empresa promotora do proxecto, defende a súa iniciativa e rexeita “a maniupulación informativa á que se pretende someter a poboación”. Segundo indican, están satisfeitos con que se abrise un novo prazo de exposición ao público. Cren que favorece “a transparencia e dá marxe para loitar contra a manipulación que se está pretendendo, quizais froito do periodo electoral que vivimos”, afirman nun comunicado. RAL expón que o seu proxecto tería diferentes instalacións en dúas explanadas de servizos, incluíndo o de tratamento e reciclaxe de residuos de construción e demolición “con zona de eliminación de inertes non valorizables, pero nunca perigosos”. Así, sería categorizado na Clasificación Nacional de Actividades Económicas como ‘Tratamento e eliminación de residuos non perigosos’. A compañía rexeita por tanto que se fale “unicamente dun vertedoiro, como algúns de maneira indocumentada ou malintencionada tratan de facer ver”, acusan. E moito menos admiten que se asocie o seu proxecto co vertido de residuos urbanos. Remarcan que contarían coas autorizacións ambientais

para recuperar e reciclar residuos da construción e defenden que “suporá un proxecto sostible que favorecerá o medio ambiente”. Revela RAL que a planta daría servizo gratuíto para os residuos producidos nas obras municipais do Concello de Ordes. Os entullos que cheguen alí serían “valorizados, obtendo zahorras recicladas que se comercializarán no mercado galego e de balde para viais do Concello no que se asenta”. A parte de residuos non recuperables, detallan os promotores, sería depositada e selada nun vaso de vertido “con todas as garantías que a nova normativa de vertido” no ámbito da UE, e que en Galicia sitúan entre as máis esixentes e completas. Segundo explican, levaría unha doble impermeabilización en celdas illadas do solo “nas que se garante a ausencia de contaminación”. En canto á ubicación escollida, desde RAL afirman que servirá para que, tras os vinte anos de explotación previstos, o solo sexa revertido ao uso público e cedido gratis ao Concello. A empresa califica de “limitadas ou mal informadas” as críticas. Non comprende que se produzan “nunha conxuntura de proliferación de verte-

doiros incontrolados, algúns deles en ocos mineiros” e de escasa reciclaxe (20 %) dos entullos de obra. RAL di que o seu proxecto sería unha solución a esta situación porque transformaría os residuos en áridos reciclados para obras públicas. Por iso, insiste que a súa iniciativa “é calquera cousa menos un simple vertedoiro como pretende transmitir, desinformando, un colectivo local”. Os promotores ratifican que presentaron o proxecto ante a Consellería de Medio Ambiente e demais departamentos e entidades preceptivos. Na múltiple documentación que acompaña a tramitación, prosegue RAL, figura “un completo estudo de impacto ambiental, incluíndo diferentes informes de técnicos ambientais independentes, alleos ao proxecto”. A empresa, que di que na parcela non nace ningún regato fluvial, asegura que “na zona a tratar non se porá en perigo especie ou hábitat algún”. Indica que crearán unha aula ambiental e que desenvolverán proxectos para potenciar a reprodución dos anfibios, con seguemento e estudo anual da súa poboación por parte da Universidade da Coruña. RAL compromete por escrito a

creación dun Centro de Interpretación da Natureza con estes propósitos. Fronte a isto, a asociación de persoas afectadas asegura que “unha aula da natureza non constitúe nunca, aínda que se venda así, unha mellora ambiental nin unha medida compensatoria ou de conservación”. Critica tamén que é un “intento de manipulación” por parte da empresa porque “non se contempla a dotación de persoal nin o orzamento para a construción”, din. Por outra parte, en RAL amosan un rexeitamento contundente a que os vinculen coa planta de tratamento de escorias producidas por Sogama, que se ía instalar en Trazo. Desmenten calquera relación “nin profesional, nin persoal”. Parécelles outro intento de manipulación, posto que nin o proxecto nin as características da planta permitirían acoller cinsas de Sogama, coa que tamén negan “existencia de relación algunha, nin plans para elo, entre os procesos da nosa instalación e os seus”. RAL ten intención de reunirse especialmente coas asociacións veciñais para explicarlles o proxecto e os “beneficios aos cidadáns do municipio” en aspectos como o emprego, aforro en xestión de residuos e respecto ambiental.

Verónica Gómez, voceira municipal socialista en Ordes

“O mellor que lle pode pasar a Ordes é que Leiceaga sexa presidente da Xunta” - Tras tantas eleccións seguidas, por que son importantes as do 25-S para Ordes? - Porque Ordes necesita con urxencia un cambio na Xunta para volver a medrar como pobo. Levamos 8 anos cun Goberno do PP e os galegos estamos peor que antes: menos emprego e máis precario, menos calidade nos servizos sociais... Nestes 8 anos a falta de inversións da Xunta en Ordes é palpable. Só hai promesas pero non feitos reais. Ao contrario, o señor Feijóo usou o rodillo da súa maioría absoluta para denegar peticións tan xustas dos veciños de Ordes como as que trataban de evitar os recortes de profesores. - Pero dende que o PP goberna en Ordes, Feijóo veu xa varias veces. - Como veciña preferiría que viñera apoiar aos sectores estratéxicos de Ordes, que están sufrindo unha

crise sen precedentes. Tiña que traer inversións reais e non só promesas. Cando os PSdeG gobernaba na Xunta, Ordes recibiu varios millóns de euros. O paseo do río Mercurín, a cidade deportiva de Vista Alegre, a renovación do tanatorio do Balado, a rolda Leste para desviar o tráfico pesado... son só algúns dos exemplos do compromiso dos socialistas con Ordes. Por iso estou convencida de que o mellor que lle pode pasar aos veciños e veciñas de Ordes é que Leiceaga sexa elixido o próximo presidente da Xunta. - Por que pensa que con Leiceaga na Xunta van volver as inversións a Ordes? - Ás probas me remito. Fixémolo hai 8 anos e agora mesmo o está facendo o socialista Valentín González Formoso na Deputación. En tan só un ano, os socialistas triplicamos a inversión en fomento do emprego, medio ambiente, ser-

vizos sociais, cultura e deportes fronte ao anterior Goberno do PP. Mentres a Deputación vai construír unha senda peonil na Brea, a Xunta do PP leva 8 anos sen facer obras de saneamento e abastecemento, deixando que os depósitos de auga leven varios anos con fendas e coa potabilizadora medio estropeada. Iso si, a todos os veciños nos cobran o canon da auga. Con Leiceaga teremos unha nova potabilizadora, cambiará os vellos depósitos de auga, retomará as inversións en saneamento pendentes e recuperará proxectos como a rolda oeste, que contectará a N-550 coa estrada a Carballo. - Pois adoita dicirse que todos os políticos son iguais e que non serve de nada votar. - Iso non é certo. Ben o poden comprobar as familias de Ordes cuxos nenos volven estes días ao colexio. Os recortes de Feijoo leva-

Fernández Leiceaga e Verónica Gómez, nun acto de campaña

ron ao peche de tres escolas unitarias (Beán, Buscás e Merelle) e a perda de 22 profesores. Por iso hai máis alumnos por aula e faltan profesores especialistas, o que supón un grave deterioro da calidade do ensino que reciben os nosos nenos. Leiceaga apostará por un ensino público de calidade e apoiará ás familias con medidas como a gratuidade dos libros de texto, eliminada por Feijóo. - Eses recortes tamén chegaron á sanidade. - Feijóo pechou camas, aumentou as listas de espera, obrigou aos pensionistas a pagar parte dos medicamentos, por non falar da vacina da meninxite, cun elevado custe e que moitos pais tiveron que ir bus-

car fóra de Galicia. Leiceaga é unha resposta nova que recuperará a inversión na sanidade pública e as axudas á dependencia, eliminando o copago farmacéutico para as rendas máis baixas. - Pero Feijóo di que é el ou o caos? - A política de recortes de Feijóo e do PP si que é un caos que estamos a pagar especialmente os mozos, os pequenos empresarios e os desempregados de Ordes. Leiceaga achegará solucións para impulsar proxectos industriais para o noso sector agrogandeiro, fomentará a contratación de 10.000 mozos e apostará por un Plan de Revitalización dos nosos sectores produtivos.


Crónicas - Setembro 2016

4

Actualidade ORDES

A Xunta contrata os traballos de rehabilitación do colexio Castelao co curso xa iniciado A Consellería de Educación publicou a adxudicación do contrato de rehabilitación integral do colexio Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, de Ordes, a mediados de setembro, co curso escolar xa iniciado. Os traballos, valorados nuns 445.000 euros, consistirán en intervir na fachada e nas carpinterías metálicas exteriores para mellorar o illamento térmico e contra as humidades. Con esta mesma finalidade, na cuberta colocaranse tamén dúas capas de planchas de poliestireno extrusionado e novos falsos teitos. Outras intervencións serán a instalación de alumeado con tecnoloxía LED, cun maior número de luminarias. Ademais de garantir unha iluminación máis axeitada, reducirán o consumo eléctrico. Polo demais, serán pintados os paramentos interiores do inmoble. O Concello asegura que as obras, de tres meses de duración, se acometerán “paralelamente coa actividade docente, priorizando a seguridade do alumnado”.

OROSO

ORDES

Saen a concurso por 1,74 millóns as obras da estrada de Mercurín A Xunta sacou a licitación as obras de ampliación e acondicionamento da estrada entre Merelle (Ordes) e Cerceda, a través de Mercurín. Os traballos saen a concurso por 1.743.000 euros, cantidade que se eleva a case 2.110.000 euros se se lle suma o IVE. As empresas interesadas en que se lles adxudique o contrato teñen de prazo ata o 13 de outubro para presentar propostas. Unha vez rematado o proceso de selección e asinado o contrato, terán un ano e medio como máximo para acabar os traballos. A anchura do vial quedará en nove metros. Tamén están previstas intervencións nas principais interseccións, de maneira que se habilitarán carrís de aceleración e deceleración en zonas puntuais, semiglorietas para facilitar os cambios de sentido e unha glorieta de acceso a Sogama. En total, a obra beneficiará un tramo de sete quilómetros de

lonxitude, desde as proximidades do polígono industrial de Ordes ata a zona da Bailía. A estrada será dotada de firme novo, unha nova sinalización vertical e horizontal, elementos de balizamento, barreiras laterais metálicas, drenaxes lonxitudinais e transversais, e diversas obras complementarias. EXPROPIACIÓNS Para os días 17, 18 e 19 de outubro fixouse o levantamento de actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados polas obras. As persoas propietarias de terreos prexudicados poderán acudir durante esas xornadas á escola unitaria de Mercurín entre as 9:30 e as 13:30 horas. A reforma desta estrada, que era de titularidade municipal ata que hai uns meses a Xunta aceptou por fin asumila, leva anos pendente. A súa deterioración chegou a límites insoportables por mor da gran cantidade de tráfico pesado.

Instalan calefacción con combustible de pellets en seis locais sociais

Os novos equipos xa funcionan

Seis locais sociais de Oroso dispoñen xa de novos sistemas de calefacción, alimentados por combustible de pellets. Son os do Cachopal, Deixebre, A Garabanxa, Oroso, Trasmonte e Vilarromariz. O investimento para os novos equipos foi duns 10.000 euros. O concelleiro de Obras e Servizos, Eduardo Veiras, explicou que as novas estufas son seguras e doadas de usar e facilitarán o uso dos locais sociais no inverno. O alcalde, Manuel Mirás, adiantou que nunha nova fase equiparán con estufas de pellets tamén os locais sociais de Cardama, A Gándara, Marzoa, Pasarelos e Senra, chegando así a todos.

MESÍA

ORDES O investimento, nun plan autonómico, superou os 122.000 euros

Falece José Ángel Sánchez, alcalde de Mesía na primeira metade dos noventa

Acondicionan parte dos tramos máis deteriorados das estradas de Barbeiros

Mesía despediu o 20 de agosto a José Ángel Sánchez Sánchez, que fora alcalde o municipio na primeira metade dos anos noventa. Sánchez, falecido aos 93 anos de idade e viúvo desde hai tempo, foi soterrado no cemiterio parroquial de San Martiño de Visantoña. A súa traxectoria política estivo vinculada inicialmente a siglas de dereitas. De feito, foi rexedor na etapa na que a entón Alianza Popular (AP) se iría transformando no actual PP, do que tamén foi concelleiro ata 2003. Nese ano, as diverxencias no grupo municipal do PP, acuciado pola falta de xestión e a polémica do enterramento de vacas nunha canteira en Lanzá, acabaron por excluílo da candidatura, o que o levou a presentarse baixo as siglas do PSOE. Sánchez, que na nova etapa obtivera representación xunto co industrial Ramón García, respaldou o novo goberno independente conformado en 2003, que no seguinte mandato se integraría nas filas do PSdeG-PSOE.

Algúns tramos da estrada xeral que atravesa a parroquia presentaban desde hai tempo unha forte deterioración

Non era sen falta. É un dos comenarios máis xeneralizados na parroquia de Barbeiros a raíz das obras acometidas nas últimas semanas para acondicionar algúns dos tramos máis deteriorados na súa estrada principal e nos accesos a varios núcleos de poboación.

O investimento é duns 122.400 euros e forma parte dun plan autonómico financiado con fondos europeos. Ademais de varios puntos da pista xeral, con irregularidades graves desde hai xa uns anos, melloráronse os accesos a lugares como O Loureiro e Coruxo e a varias explota-

cións gandeiras. As tarefas consistiron fundamentalmente en aplicar aglomerado quente nos viais incluídos no proxecto, ademais dun posterior pintado de marcas viarias. Adecuáronse tamén tramos de cunetas para garantir a evacuación da chuvia.


crónicas - Setembro 2016

5

PuBlicidAde EN QUE CONSISTE? Actividade física sinxela, que se realiza ao aire libre e que ofrece numerosos beneficios para a saúde. Grazas ao emprego de bastón para camiñar: - Diminúe a sobrecarga sobre as articulacións das pernas, permitindo camiñar máis e cansarse menos mentres se exercita o 90% dos nosos músculos. - Mellora a postura corporal, a coordinación e o equilibrio. - Fácil de aprender Dirixido a persoas de entre 45 e 65 anos, co único requisito de ser capaces de camiñar unha hora seguida e non ter contraindicacións médicas.

DESCRICIÓN: Iniciación á marcha nórdica (40 min) Ruta de 5 kms. aproximadamente Sinxela e sen dificultade

NECESARIO: Roupa cómoda e calzado deportivo Mochila e unha botella de auga Os bastóns serán cedidos pola organización

SÁBADO

8

OUTUBRO NA CASA DA CULTURA, ÁS 19:30 HORAS


6

Crónicas - Setembro 2016

Actualidade ORDES

ORDES O Concello di que non puido ser ata agora por falta de permisos da Xunta

O PP logra sacar adiante a conta xeral de 2015 coa abstención de UxO

Comezan a reparar a Ponte de Pereira, tras máis de medio ano sen poder pasar

A conta xeral de 2015 no Concello de Ordes, o documento técnico co que se dá por rematado o exercicio financeiro, aprobouse cos votos a favor do goberno (PP) e a abstención de UxO, mentres que os demais grupos da oposición (BNG e PSdeG-PSOE) votaron en contra. A disparidade de criterios resulta evidente desde as propias cifras que cada grupo destaca. O goberno sinala que o resultado orzamentario foi duns 288.000 euros, enténdese que en positivo, cun aforro de case 783.000 euros e un remanente de tesourería de 960.000 euros. O BNG, en cambio, cre que o PP máis UxO formaron unha “pinza” por ser copartícipes da xestión durante 2015. O Bloque xustificou o seu voto en que nese exercicio pagáronse facturas de servizos ou subministracións “fóra do periodo de vixencia dos respectivos contratos, sen que fosen prorrogados, incumprindo por tanto a lei de contratos do sector público”. Os nacionalistas aprezan tamén “numerosas” facturas con conceptos xenéricos, pagadas “sen acompañar certificacións de obra”. Os pagos nestas circunstancias sumarían uns 540.000 euros, que para o Bloque se inscriben en “obras electoralistas efectuadas por Regos para intentar manterse no poder, xestión que o PP comparte e apoia co seu voto favorable á conta xeral”, interpretan. Pola súa parte, o PSOE advirte que varios parámetros da conta xeral “sufriron un claro empeoramento con respecto ao ano anterior”. Menciona o superávit, que segundo os socialistas pasou de 1.126.000 euros en 2014 a só 336.000 euros en 2015. Ou o menor ritmo de recorte da débeda a curto prazo, que no 2014 baixara en 408.000 euros e en 2015 en 46.000 euros, segundo os socialistas. A débeda municipal a curto prazo estaría en 1.204.000 euros a finais de 2015, de acordo cos datos que divulga o PSOE. Para a portavoz socialista, Verónica Gómez, “estes datos comezan a demostrar as consecuencias das serias deficiencias de xestión do goberno municipal do PP”. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, lembrou que o PP na súa chegada ao poder atopou “un 80 % do orzamento gastado por parte dos antecesores nun periodo de seis meses”, o que condiciona moito o balance do ano.

Entre finais de agosto e principios de setembro, comezaron por fin as obras de reparación da Ponte Pereira, que na parroquia ordense tamén coñecen como a Ponte Vella. A infraestrutura, de orixe medieval e situada no Camiño Inglés, fora pechada ao tráfico en xaneiro, a causa dos danos dos temporais. A intervención consiste en cambiar a tubaxe metálica por unha estrutura de formigón realizada no propio lugar. Conformarase así unha nova ponte, distante da vella para garantir a integración no conxunto. Na antiga efectuaranse traballos de conservación e posta en valor. Durante meses, o retraso dos traballos foi obxecto de controversia política. Unhas semanas antes do inicio dos traballos, o BNG de Ordes reclamáralle outra vez ao Concello maior premura. Os nacionalistas afirmaron que o alcalde prometera que en xullo as obras estarían feitas. Segundo o Bloque, a administración municipal “conta con todas as autorizacións pertinentes desde o 27

Os tres concelleiros do BNG (Vidal, Castenda e Veiras), reivindicando o arranxo

de maio”. Pablo Vidal, portavoz municipal do BNG, considera o alcalde buscou “un retraso deliberado de cara a facer coincidir as obras coas vindeiras eleccións autonómicas”. O Concello, en cambio, asegura

que foi “imposible” iniciar a obra ata agora mentres non se lograron as autorizacións de Augas de Galicia e de Patrimonio da Xunta. O goberno defende ademais que insistiu ante a Xunta para que priorizase a obra.

ORDES Chegaría ata área recreativa da antiga estación ferroviaria da Pontraga

Os socialistas pensan engadir un carril bici á proposta de senda ata Parada O PSOE de Ordes propuxeron engadirlle un carril bici á iniciativa de senda peonil entre O Balado e Parada, de maneira que a infraestrutura para ciclistas chegaría ata a área recreativa da antiga estación ferroviaria da Pontraga. A intención foi desvelada nunha visita non oficial ao municipio dos deputados provinciais de Vías e Obras, José Manuel Pequeño, e de Promoción Económica, Xosé Luis García, os dous encadrados nas filas socialistas. O proxecto, que valoran en menos de 200.000 euros, comezaría á altura do tanatorio municipal, no remate das beirarrúas xa existentes. A senda iría paralela á estrada provincial DP5903, a que vai a Trazo, ata chegar á Grela, en Parada. A partir de aí, o carril bici proseguiría uns 900 metros ata a vella estación. A portavoz municipal dos socialistas, Verónica Gómez, asegura que a idea serviría para mellorar a seguridade viaria para persoas que transitan a pé e tamén para facilitar o acceso á área lúdica da Pontraga, que

Visita de integrantes do PSdeG-PSOE á área recreativa da Pontraga

desde o PSOE consideran “a todas infrautilizada” a pesar de terse investido máis dun millón de euros no seu acondicionamento. Gómez contrapuxo tamén os 200.000 euros de contía da súa proposta co millón de euros no que estima o custo dunha proposta presen-

tada polo goberno municipal do PP. Aínda que lles gustaría un investimento desa contía en Ordes, os socialistas precisan que hai que gastar “con sentidiño” e cren que a súa proposta atende a necesidade, deixando cartos para poder solucionar outros problemas.


crónicas - Setembro 2016

7

ActuAlidAde

COMARCA Destroza instalacións eléctricas e telefónicas e causa a morte de animais

CERCEDA

unha forte tormenta eléctrica ocasiona un regueiro de danos en toda a comarca

Detida unha veciña como suposta autora de quince incendios forestais na zona

Unha forte tormenta eléctrica desatada na madrugada do 24 ao 25 de agosto causou un regueiro considerable de danos materiais en propiedades privadas e servizos públicos por varios puntos da comarca. A pesar da virulencia, non constan, por fortuna, danos persoais de relevancia. Si houbo prexuízos na cabana gandeira, coa morte illada dalgunha res. En todo caso, sen chegar a feitos como o acaecido nesas mesmas horas no municipio de Abadín (Lugo), onde a descarga eléctrica dun lóstrego matou trece vacas dunha mesma granxa. A maior parte dos danos materiais corresponden a redes eléctricas e electrodomésticos de vivendas particulares. Lectores de Crónicas detallan casos nos municipios de Frades, Oroso, Mesía, Tordoia e Ordes. Enchufes literalmente queimados, instalacións inoperativas e aparatos inservibles, a miúdo sen reparación posible, son as principais consecuencias. Outra vítima da tormenta foi a telefonía fixa e os dispositivos de conexión a internet, con múltiples ins-

O impacto dos raios, a maior parte de madrugada, deixouse notar en toda a contorna. Imaxe por cortesía de Luis Miguel Veiras Carneiro, tomada na parroquia de Marzoa (Oroso)

talacións danadas e sen servizo durante varios días, ata ser reparadas polos servizos técnicos, que durante eses días viviron un pico de traballo, habitual nas xornadas posteriores a

este tipo de fenómenos meteorolóxicos. Nos servizos públicos, a peor parte levouna o alumeado exterior. En decenas de farolas e puntos de luz houbo que substituír cando menos as lámpadas, e incluso parte do cableado e caixas de rexistro. Un especialista consultado por Crónicas detalla que a peor parte lévana habitualmente os tramos finais das redes, sobre todo aquelas que carecen de tomas de terra eficaces ou nas que non se efectúa un mantemento o suficientemente acaído. Rexistráronse tamén prexuízos para a regulación do tráfico, con semáforos inservibles durante horas, no mellor dos casos. O exemplo máis extremo foi o da intersección principal de Sigüeiro (Oroso), en plena estrada N-550, que durante varios días estivo cos semáforos apagados e despois coas intermitencias en ámbar. O tránsito neses momentos foi regulado máis ben polas sinais verticais de toda a vida, con doses extra de paciencia, precaución, habilidade e cortesía por parte dos automobilistas.

A Garda Civil detivo unha muller en Cerceda como presunta autora de quince incendios forestais na zona, o que suporía a comisión pola súa parte dun delito continuado. Nas investigacións previas por varios incendios, a muller, de 56 anos, espertara sospeitas das forzas de seguridade. Na xornada da detención, a Garda Civil montou un dispositivo de vixilancia con axentes do SEPRONA e efectivos do cuartel de Ordes. A iso das sete da mañá, a muller saíu no seu vehículo para levar o marido ao traballo e no percorrido de volta á casa efectuou ata sete paradas en zonas de monte, deixando en cada unha delas velas decorativas acesas para iniciar o lume. Os axentes que a seguían foron retirando as velas para evitar o incendio e ás sete e media detivérona. No coche levaba cinco velas máis, nove chisqueiros e mistos, que a Garda Civil considera probas inculpatorias. A xustiza enviouna a prisión incondicional.

CLICKFER Materiales de construcción Saneamiento Telf: 981 68 11 21 Fertilizantes Fax: 981 68 26 98 Balado, 48 ORDES (A Coruña)

pampin@ahpampin.com

HNOS. PAMPÍN FERRETERÍA

Recreo, 54 ORDES (A Coruña)

Telf: 981 68 22 61 Fax: 981 10 87 97 pampin@ahpampin.com


Crónicas - Setembro 2016

8

Actualidade OROSO O servizo ofreceuse na piscina durante as últimas semanas do verán

O Concello reforza a información que se lles ofrece aos peregrinos en Sigüeiro

O PP reclama mellor sinalización do Camiño Inglés na capital municipal

O Concello de Oroso reforza durante o verán a información que se lles ofrece aos peregrinos ao seu paso por Sigüeiro, coa instalación dun punto específico para eles no exterior da piscina municipal. Na súa posta en funcionamento, a principios de agosto, participaron o alcalde, Manuel Mirás, e a concelleira de Turismo, Vanesa Boo. Boo precisa que “escollemos o exterior da piscina municipal porque se atopa ao pé do Camiño Inglés, polo que así podemos informar os peregrinos, especialmente os grandes grupos que programaron a súa visita durante estas semanas, sobre todos os recursos que teñen á súa disposición en Oroso”. No punto, identificado cunha placa metálica, distribúense dípticos informativos, mapas, guías turísticas e outros contidos, tanto de consulta como para que os camiñantes a leven como axuda para completar o seu itinerario. En xeral, o Concello pon o acento nos recursos turísticos do municipio

Unhas semanas antes da posta en funcionamento do punto de información aos peregrinos, o PP de Oroso reclamou unha mellora da sinalización do Camiño Inglés no seu tramo en Sigüeiro. Segundo o seu portavoz, Alexander Doval, numerosos peregrinos “teñen complicacións para seguir a ruta porque entre as rúas é difícil ver algún sinal que indique o lugar polo que continuar”. O PP asegura que os “poucos” indicadores que hai case non se ven. Ademais de sinais indicativos que faciliten o Camiño, o principal grupo da oposición en Oroso solicitou indicacións para que os peregrinos e peregrinas obteñan información sobre os servizos básicos que poidan necesitar no seu paso por Sigüeiro. Doval considera que as medidas pedidas fan a visita agradable ao peregrino con pouco gasto.

Manuel Mirás e Vanesa Boo, na inauguración do punto informativo a camiñantes

e na oferta hostaleira e comercial existente. Aínda que este servizo se ofreceu desde a piscina na época estival, o resto do ano, cando a afluencia de

camiñantes é menor, mantense latente a atención informativa aos peregrinos desde a Casa do Concello e desde a Casa da Cultura, tamén situadas na capital municipal.

OROSO

FRADES

Invisten 10.000 euros nos colexios durante as vacacións

Intervención a fondo no edificio do CPI da Pontecarreira

A escola unitaria de Vilacide concentrou a maior parte do investimento

Pintura e renovación de canos, dúas das principais tarefas efectuadas

O Concello de Oroso investiu máis de 10.000 euros en intervencións de mellora en centros educativos do municipio durante as vacacións escolares do verán. Unha das actuacións máis relevantes foi o acondicionamento da planta superior da escola unitaria de Vilacide, que agora é un espazo máis aberto. No mesmo edificio, reparáronse os aseos e remode-

O CPI da Pontecarreira recibiu importantes melloras durante este verán, co investimento de preto de 40.000 euros por parte do Concello de Frades e da Xunta. A Consellería renovou todos os canos do edificio, atendendo as peticións do Concello e da comunidade escolar. Cos 25.000 euros investidos, evítanse as deficiencias que comezaba a presentar a ante-

láronse as aulas dos maiores. Beatriz Rodeiro, concelleira de Ensino de Oroso, detallou ademais que no colexio de Oroso o Concello pintou aulas e acometeu reparacións na cociña. Xa durante o curso, arranxara o tellado. Os traballos fíxoos a brigada municipal de obras, co reforzo de persoal contratado mediante un plan provincial.

rior instalación de abastecemento de auga e servizo de auga quente sanitaria. O Concello, con 10.000 euros, traballou no pintado de seis aulas, a renovación de andeis, a adecuación dunha aula como espazo para o banco de libros do colexio e almacén de materiais de limpeza, e a reparación de varios alicatados nas dependencias da cociña.


Crónicas - Setembro 2016

9

Actualidade

G

Marcos Guerra Mengual Bernardo Guerra González

A CORUÑA c/ Asturias, 9 Lunes o Viernes - 11:00 a 13:30

ABOGADO - GRADUADO SOCIAL

CARBALLO c/ Fomento, 16 Entrs. Jueves - 11:00 a 13:30

G

ASESORÍA JURÍDICA

PREFERENTES

PENSIONES

SEPARACIONES

SEGURIDAD SOCIAL

CIVIL / HERENCIAS

Telf. 981 150 128

ORDES Rúa Compostela, 16 bajo Miércoles - 11:00 a 13:30

Fax 981 246 789

MESÍA A reorganización fixo pasar as fincas de 3.950 iniciais ás 917 actuais

OROSO

Conclúe a concentración parcelaria de Visantoña, un cuarto de século despois

O PSOE presiona no Congreso para que se reanude e remate o enlace sur da AP-9

Alcalde de Mesía e conselleira do Medio Rural, entregando a documentación

Coa entrega de títulos das novas propiedades, concluíu o proceso de concentración parcelaria da parroquia de San Martiño de Visantoña (Mesía), logo de practicamente un cuarto de século aberto. Beneficiou unha extensión de 750 hectáreas, que ao principio se repartían en 3.950 parcelas e agora pasaron a ser

917 fincas, pertencentes a 579 persoas. Un traballo, o da entrega dos títulos, que podería asumir un carteiro con correo certificado, foi exercido pola conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o delegado provincial da Xunta, Diego Calvo, acompañados polo alcalde de Mesía, Ma-

riano Iglesias. Reuniron a veciñanza no polideportivo da parroquia para entregarlles en man a documentación que acredita a propiedade. A tardanza da administración autonómica na culminación do proxecto foi suplida en parte polos propios veciños e veciñas, que nos últimos anos xa foron accedendo ás novas fincas, de maiores dimensións e mellor organizadas, con acordos verbais de intercambios entre eles para poñer as terras a producir con maior rendemento sen depender dos prazos da burocracia. Coa conclusión da parcelaria de Visantoña, xa foi sometido a concentración o 88 % do territorio susceptible deste proceso en Mesía, municipio que ocupa unhas 10.707 hectáreas. No concello remataron once concentracións, incluída a de Visantoña. Outra está en fase de acordo. Está solicitado tamén o proceso para a zona de Bruma, pequeno enclave situado no Camiño Inglés e pertencente a Mesía pese a non lindar con ningunha outra parroquia do municipio, e si cos territorios de Ordes e de Carral.

rezos Os mellores p tas!!! para estas fes

O PSOE presentou no Congreso dos Deputados unha proposición non de lei na que reclama que Fomento remate as obras do enlace sur da AP-9 en Sigüeiro (Oroso), que levan meses paralizadas e sen visos de avanzar. No seu texto, explican que o goberno de Mariano Rajoy “aparcou o proxecto” durante os anos 2012 e 2013 “desentendéndose total e inexplicablemente dunhas obras tan beneficiosas” para a comarca e “a pesar de que o Ministerio de Fomento non tiña que achegar financiación algunha, só autorizar a realización dos traballos”. Tras moitas vicisitudes, os traballos comezaron en marzo de 2015, pero no outono dese mesmo ano paralizáronse, deixando pendente a construción dunha ponte sobre a N-550 para a saída dos vehículos procedentes de Santiago. O PSOE sinala que se están causando graves prexuízos á veciñanza e insta a Fomento a solucionar os “problemas burocráticos” e desbloquear e rematar a obra.


10

Crónicas - Setembro 2016

Actualidade CERCEDA

ORDES

Renovan o parque infantil de Cerceda e instalan o de Queixas

Gastarán uns 100.000 euros en ‘humanizar’ a Rúa Nova de Ordes

O novo parque do Campo da Feira dispón dunha superficie blanda de caucho

Ana Soneira e Beatriz Mato asinan o convenio entre o Concello e a Xunta

O Concello de Cerceda estreou nas últimas semanas o novo parque de xogos infantil no Campo da Feira da capital municipal. Ademais de diversos elementos de xogo, o novo espazo está dotado de chan de caucho, como medida de seguridade para evitar as consecuencias que tería unha caída sobre unha superficie dura.

A Rúa Nova de Ordes, en boa medida paralela á N-550 (Avenida de Alfonso Senra), recibirá un investimento duns 100.000 euros para obras de ‘humanización’. Os traballos consistirán en construír beirarrúas, canalizacións para augas de chuvia e mellorar a capa de rodadura en todo o vial. Trátase dun dos ámbitos máis de-

Ademais de animar a utilizar as instalacións tras esta renovación integral, o goberno local anima a coidalas como unha obriga común. En Queixas, a carón da antiga estación ferroviaria, o Concello está tamén instalando un parque infantil, que tamén contará con xogos modernos e estará adaptado ás últimas normas de seguridade.

gradados do centro da vila, con puntos onde o paso de peóns chega a resultar dificultoso. O investimento recóllese nun convenio entre o Concello e a Xunta dentro do chamado Plan Hurbe. Foi asinado pola tenente de alcalde, Ana Soneira, e a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato.

FRADES

ORDES Investimento de 20.000 euros para mellorar chans, canos e sistema eléctrico

Remata a reparación de catro camiños con 80.000 euros a cargo dun plan autonómico

O pavillón Castelao I recibe diversas melloras para a nova tempada deportiva

Un dos viais asfaltados no plan

Rematou en Frades o acondicionamento de catro camiños incluídos no Plan Marco de mellora de camiños municipais de acceso a explotacións agrogandeiras, de programación autonómica. As pistas, nas que se gastaron case 80.000 euros, son a que comunica os lugares de Tañoi con Marís, na parroquia de Abellá, a que vai ao Consello (Papucín), a que une Vitre con Aboi pasando por Céltigos, e o camiño da Chousa de Atrás, correspondente á parroquia de Ledoira. Nas vindeiras semanas, comezarán as obras do POS provincial.

Os traballos desenvolvéronse na pista de xogos, na zona de vestiarios e nos locais situados debaixo das bancadas

O pavillón polideportivo Castelao I, en Ordes, recibiu diversas melloras para a nova tempada deportiva. O investimento ascendeu a uns 20.000 euros, segundo o Concello. As obras beneficiaron os vestiarios, coa instalación de novos azulexos e un chan antiescorregadizo. Efectuáronse tamén cambios no sis-

tema eléctrico, instalouse unha nova rede de fontanería e renováronse as billas. Na pista de deportes, a intervención consistiu en pintar as novas liñas adaptadas á normativa vixente actual de baloncesto e hóckey a patíns, aproveitando para colocar a nova imaxe corporativa azul do Con-

cello. Nos baixos das bancadas, o proxecto acondicionou novos espazos, coa instalación de fiestras, o pintado e a redistribución do local. Ubícanse nesa zona un almacén, unha lavandería e un ximnasio e espazo de exercicios e preparación para que utilicen a AC Hóckey Ordes.


Crónicas - Setembro 2016

11

Actualidade TRAZO A Deputación inviste máis de 500.000 euros na travesía de Agro do Mestre e na estrada á Tablilla

Formoso ofrece en Trazo acometer “por fases” a mellora da estrada de Val do Dubra a Santiago O presidente da Deputación da Coruña, o socialista Valentín González Formoso, ofreceu durante unha visita a Trazo a mellora integral da estrada entre Val do Dubra e Santiago de Compostela, a DP 7804, que pasa polo municipio. Non obstante, Formoso precisou que o proxecto co que conta a entidade provincial desde hai anos está valorado en máis de seis millóns de euros. Tal contía é “inasumible” para a Deputación, polo que o presidente comprometeuse a estudar cos técnicos a posibilidade de “abordar esta obra por fases, ao longo de varios exercicios presupostarios”. Outro aspecto sinalado polo presidente provincial para acometer as obras é que o proxecto ten que ser actualizado para adaptalo aos novos plans xerais dos municipios polos que discorre a estrada. E tamén sería preciso que os veciños poñan terreos a disposición para facilitar a ampliación da estrada. Por iso, Formoso emprazou aos alcaldes a falar con eles para, no seu momento, solventar esta ne-

ros e xa adxudicado, suporá a mellora da capa de rodaxe na estrada DP 8401 entre o Agro do Mestre e a Tablilla, pasando pola Pontepedra (Tordoia). No tramo final desde o quilómetro 11,400 ata o remate da estrada no Agro do Mestre, aplicarase unha capa de aglomerado para superar as deficiencias que presenta e previr unha deterioración maior.

Integrantes das corporacións local e provincial acompañaron a Formoso en Trazo

cesidade. Polo demais, durante a súa visita o presidente provincial explicou que a Deputación inviste máis de 500.000 euros en dous proxectos viarios de máximo interese para Trazo. Un é a travesía do Agro do Mestre, xa case

rematada nas estradas DP 5903 e 7804, con 255.300 euros para ampliar a plataforma e dotar a zona de sendas peonís polas dúas marxes, comunicando as vivendas co centro de saúde. O outro proxecto, de 255.100 eu-

PONTE ALBAR Acompañado polo alcalde, José Dafonte, que recoñeceu que nos seus catorce anos como rexedor nunca recibira a visita dun presidente da Deputación, máis doutros integrantes das corporacións local e provincial, Formoso desprazouse tamén á Ponte Albar, afectada polos temporais do pasado inverno. Alí confirmou que a administración provincial presentou xa un proxecto de reparación, pero que está pendente de que o servizo de Patrimonio da Xunta dea a súa validación, ao tratarse dun ben arquitectónico catalogado.

O PP sitúa en 4,3 millóns de euros os compromisos de Feijóo con Ordes no último ano e advirte que os investimentos perigan sen maioría popular

Martínez Sanjurjo: “Só a vitoria de Feijóo garante investimentos e oportunidades para Ordes” “Só unha vitoria de Feijóo o vindeiro 25 de setembro garante un futuro de oportunidades para Ordes no curso prazo”, asegura o alcalde popular de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, ao tempo que advirte que os compromisos adquiridos pola Xunta con este Concello no último ano, por un importe de 4,3 millóns de euros, corren perigo sen unha maioría popular no Parlamento de Galicia. O Partido Popular de Ordes, que o pasado 15 de setembro celebrou na vila o seu mitin central das Eleccións Autonómicas –nun salón abarrotado de asistentes que seguiron as intervencións de Martínez Sanjurjo, da senadora e candidata Paula Prado e do conselleiro de Economía, Francisco Conde- subliña a importancia que que Núñez Feijóo revalide a maioría absoluta para materializar na próxima lexislatura todos os proxectos comprometidos. Estrada de Mercurín Cun orzamento total de 2,3 mi-

llóns de euros, as obras de ampliación e mellora da estrada de Ordes a Cerceda, por Mercurín, constitúe unha das actuacións máis significativas que Martínez Sanjurjo negociou co presidente Feijoó nada máis acceder á Alcaldía de Ordes. A licitación das obras foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 16 de setembro, mentres que o levantamento das actas previas e a ocupación dos bens e dereitos afectados pola obras está sinalado para os días 17, 18 e 19 do vindeiro outubro. Entre os compromisos postos en marcha e os que poderían condicionarse a vitoria electoral de Feijóo dependen, segundo o PP, a ampliación da rolda leste de Ordes, entre a estrada N-550 e o Empalme creando un novo acceso ao tanatorio; a construción dun centro sociosanitario na vila valorado en 600.000 euros; un parque infantil cuberto; o remate das concentracións parcelarias; a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal en 2018; a humanización das diferentes rúas da

(Camiño Inglés); melloras na rede de camiños e de abastecemento de auga; a reforma e mellora do parque empresarial de Merelle; o obradoiro de emprego; novos equipamentos na cidade deportiva de Vista Alegre; ou a prolongación do paseo do Río Mercurín ata As Casillas.

Martínez Sanjurjo e Núñez Feijóo

vila; a execución de obras de mellora nos centros educativos; a execución dun albergue de peregrinos en Poulo

Man tendida de Feijóo a Ordes Martínez Sanjurjo valora a política de man tendida ofrecida por Feijóo a Ordes, e concretada nas diferentes reunións de traballo que tivo ocasión de celebrar co presidente da Xunta e cos conselleiros desde a súa toma de posesión, hai pouco máis dun ano, e que permitiron a materialización de acordos para acometer actuacións na totalidade do municipio. “Sabemos que Feijóo é un xestor serio que cumpre os seus compromisos e por iso resulta fundamental que revalide a maioría; polo ben de Galicia e polo ben de Ordes; para converter a Ordes nun concello con maiores dotacións e máis oportunidades”, subliña Martínez Sanjurjo.


Crónicas - Setembro 2016

12

EconomíA E TRABALLO LEITE Desde a sinatura do acordo do Ministerio pecharon case 600 granxas galegas

As axudas para reducir a produción disparan o temor á volta do leite negro

PREZOS DO LEITE XULLO / XUÑO

(euros/litro) 0,268 Galicia 0,314 Andalucía 0,279 Aragón 0,313 Asturias 0,302 Baleares 0,451 Canarias 0,278 Cantabria Castela-A Mancha 0,293 0,288 Castela e León 0,289 Cataluña 0,290 Extremadura 0,291 Madrid 0,297 Murcia 0,292 Navarra 0,339 Euskadi 0,298 A Rioxa 0,302 Valencia

0,269 0,316 0,275 0,315 0,304 0,448 0,277 0,293 0,293 0,294 0,292 0,292 0,296 0,293 0,340 0,298 0,300

0,286

0,288

O leite negro pode resucitar, e con el acelerarse a ruina dos Gandeiros e os beneficios de determinadas industrias. É o temor que expresan desde o sector á vista das axudas establecidas pola Unión Europea e xestionadas pola Xunta para que as explotacións produzan menos. Son 14 céntimos por litro cunha mingua mínima de 1.500 litros nun trimestre e máxima do 50 % da produción. Están rexistrando poucas solicitudes. Voces tan significativas no sector como a do secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, avisan de que este mecanismo pode abrir a porta á fraude de que esa parte da produción que supostamente se reduce si a recolla o camión na granxa, pagándoa a menor prezo e compensándose coa axuda, que en definitiva sae do peto dos contribuíntes. Nunha liña semellante, a dirixente do SLG, Isabel Vilalba, califica de “aberración” as axudas. “Ao non haber límites máximos de produción -explica Vilalba- o descenso do volume produtivo nunhas granxas per-

mitirá que outras aumenten, anulando todos os esforzos para estabilizar o mercado e expulsando, pouco a pouco, ás granxas que reduzan voluntariamente”. Como solución, o SLG propón a regulación pública da produción leiteira a nivel europeo, tras o fracaso continuo das medidas tomadas ata agora pola UE, na súa opinión orientadas a unha reconversión industrial, e coa premisa de que ningunha explotación é prescindible.

FRADES

COMARCA Máis de trinta adolescentes, no programa ‘Deseña o teu futuro’

Poñen a Cooperativa Central como exemplo de creación de emprego

Uns días para decidirse por unha profesión

Visita da conselleira á factoría

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, visitou as instalacións da Cooperativa Central de Frades nas xornadas de precampaña electoral. Sinalou que este tipo de empresas teñen relevancia para a creación de emprego, a xeración de “riqueza” e a fixación de poboación no rural. Na visita, non consta ningunha referencia á intensa crise de prezos do leite en orixe, que a Administración deu por encamiñada hai un ano, coa sinatura dun acordo parcial que pechou en falso as masivas tractoradas. Na visita, Vázquez acudiu con munícipes a ver obras en viais.

A CAÍDA NON CESA Mentres tanto, a caída dos prezos non cesa. O último informe publicado polo Ministerio, de comezos de setembro e con datos de xullo, evidencia un novo mínimo nas cotizacións en Galicia cando menos no que levamos de decenio. Os 26,8 céntimos por litro confirman que os Gandeiros galegos cobran a cifra máis ruinosa de toda España, case dous céntimos menos por debaixo da media conxunta, de por si exigua. Moi atrás semellan quedar os arredor de 35 céntimos de media

Este verán, 33 mozos e mozas da comarca, de 14 a 18 anos, avaliaron que profesión lles pode encaixar mellor cando intenten acceder ao mercado laboral. Foi mediante a participación no programa autonómico ‘Deseña o teu futuro’, que lles facilitou estadías en empresas de entre cinco e quince días, con xornadas mínimas de catro horas diarias. As visitas e prácticas desenvolvéronse en empresas e entidades de ámbitos como hostalería, administración, panadería, agricultura, fotografía, perruquería, comercio, farmacia, informática, servizos sociais ou forzas de seguridade. O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey, acudiu a Ordes para a entrega dos diplomas de participación. Estivo acompañado por cargos do seu departamento, o presidente da Mancomunidade, e alcaldes e concelleiros de diversos municipios da bisbarra. A comitiva acudiu a unha das empresas que participou no programa: a Carpintería Sanjurjo, no polígono de Ordes. O seu responsable explicoulles o funcionamento da compañía e as funcións que tiveron os aprendices.

que se rexistraban hai tan só un par de anos. Incluso con este prezo, algunhas granxas situábanse entón no limiar da rendibilidade e as mellor situadas queixábanse da escasa marxe de beneficios. MIL EMPREGOS PERDIDOS Por iso, resulta comprensible que no último ano a situación fose insostible para 599 granxas, as que segundo datos oficiais pecharon en Galicia. De xullo de 2015 a xullo de 2016, pasou de haber 9.354 a 8.755. Isto tradúcese na grave perda dun milleiro de empregos directos e fai que se resinta o conxunto da economía do ámbito rural. Todo isto cando se cumpre un ano do chamado acordo lácteo, que industrias, distribución e só unha parte dos produtores asinaron baixo o auspicio do Ministerio e coa defensa da Xunta. As promesas sobre a recuperación de prezos daquel entón, sobre todo en forma de declaracións de ministra e conselleira, non resistirían unha revisión da hemeroteca.

ESPAÑA

MEDIAS ESPAÑA XULLO 2013 0,346 2014 0,350 2015 0,297 2016 0,286

PRODUCIÓN XULLO 2015

2016

Galicia 223.230 tn 222.654 tn España 580.315 tn 578.765 tn Fonte: FEGA (01-09-2016)

Entrega dos diplomas á xente nova que participou no programa formativo

Visita ás instalacións de Carpintería Sanjurjo, en Ordes, que colaborou co programa


Crónicas - Setembro 2016

13

Economía E TRABALLO ENTREVISTA Primeiro premio do proxecto educativo sobre emprendemento ‘Cultiva Mazás’

“Hai que sacarlle partido á aldea e á sorte de vivir aquí” Marina Quindimil, Andrea Rodríguez e Lucía Sánchez integran o equipo que gañou o concurso de ideas emprendedoras ‘Cultiva Mazás’, da Casa Grande de Xanceda. Con Marina coñecemos os detalles do proxecto. - En que consiste, en liñas xerais, a iniciativa coa que gañastes o ‘Cultiva Mazás’? - Consiste en facer unha empresa de roupa con materias primas naturais e ecolóxicas destinadas principalmente a persoas con problemas de pel. - Por que optastes por un proxecto así? De onde partiu a idea? - Optamos por unha idea así porque tanto eu como moita xente coñecida desta zona ten dermatite atópica debido ao noso clima. A idea xorde dun programa de televisión no que nos damos conta de que unha persoa non atopa roupa ecolóxica ou con tecidos especiais ao seu alcance. - Foi un proxecto deseñado a nivel teórico para este concurso ou pensades que pode ter un desenvolvemento práctico e efectivo? - Principalmente foi pensado para o concurso e deseñado a nivel teórico xa que contamos coa axuda do noso profesorado e de persoas do programa ‘Cultiva Mazás’. Aínda así, pensamos que si pode ter unha boa saída no emprendemento porque procuramos que todo fose o máis realista posible. - Gustaríavos levalo a cabo? - Si, xa que ademais compaxinámonos as tres moi ben e contamos en todo momento coa opinión unhas das outras, grazas a distintas ideas que fomos tendo ao longo do proxecto puidemos sacalo perfectamente adiante. - Que pasos credes que teriades que dar para facelo real? - Principalmente levar a cabo uns estudos que teñan que ver algo coa

nosa empresa. As nosas propostas son sempre efectivas xa que dunha idea que podía parecer insignificante podemos sacar unha boa. Todas as opinións son válidas, xa que se non fose así non daríamos desenvolvido o proxecto. - Cales serían os principais obstáculos? - A verdade é que non os miramos moito porque tampouco tivemos moito tempo; dedicámonos máis ben a mirar a parte boa porque non tiñamos tempo. - Que aprendestes coa vosa participación en ‘Cultiva Mazás’? - Aprendemos moito no mundo empresarial, como se leva a cabo un proxecto, que é que o se fai primeiro e o que se fai de último, aprendemos a distribuír o traballo e cada unha achegar a súa parte, tamén a saber que os demais dean a súa opinión e de cada unha, sexa boa ou mala, sacar algo bo e efectivo. Despois tamén recollemos moita información doutras empresas xa que tivemos varias saídas para poder saber como funcionan outras empresas e para facilitarnos o traballo porque para nos era algo totalmente novo. A parte diso, por suposto aprendemos moito en Madrid, ir alí foi o noso premio por gañar o proxecto. En Madrid cada unha elixiu un sector e puidemnos elaborar os noso propios proxectos individualmemte. Eu [Marina] pola miña parte escollín arte e deseño, e dentro desa especialidade decanteime por deseño onde eu mesma fixen o debuxo do vestido e despois elaboreino propia coa má-

ORDES

O comercio liquida artigos de fin de tempada con éxito de público A terceira Feira de Oportunidades de Ordes obtivo un balance “satisfactorio” para os trece establecementos que participaron, segundo o Concello. Durante tres xornadas, no andar superior da Praza de Abastos, os comercios ofreceron diversos artigos de fin de tempada a prezos reducidos. Moda, indumentaria e equi-

pacións deportivas, calzado, complementos, agasallos, perfumes ou roupa para o fogar concentraron a maior parte das ofertas. José Manuel Rodríguez, concelleiro de Comercio, anunciou novas edicións deste tipo de eventos, que nesta ocasión pretendeu animar a actividade comercial no inicio do curso escolar.

Marina Quindimil, Andrea Rodríguez e Lucía Sánchez, co alcalde de Mesía na entrega do primeiro premio do certame ‘Cultiva Mazás’, da Casa Grande de Xanceda

quina de coser. Unha grande experiencia! - Vedes alternativas laborais e profesionais no voso municipio? Hai oportunidades para crealas pola vosa conta? - No noso municipio é un pouco complicado pero todo se pode lograr, non vexo outra alternativa máis que intentalo. Se outras empresas que hai por aquí saíron adiante, por que non imos saír adiante nós? Hai que sacarlle partido á aldea e aproveitar a sorte que temos de vivir aquí. Este proxecto elaborámolo grazas a este programa ‘Cultiva Mazás’, pero practicamente fixémolo case todo pola nosa conta, só necesitabamos pequenos empurróns para saír adiante, por dicilo así. Se pola nosa conta sacamos adiante este proxecto e ademais gañamos o premio, estou segura de que poderíamos sacalo adiante dentro do mercado. - Que é o que máis vos preocupa do futuro? - Esa é unha pregunta que podería

ter respostas moi amplas... Basicamemte o tema do traballo e os cartos creo que é unha boa preocupación, non teño pensado sacar adiante ningunha empresa, non me vexo con un futuro emprendedor, aínda que de aquí a que me poña a traballar podo cambiar de idea, quen sabe. - Onde te ves dentro de dez anos? - Eu dentro de dez anos véxome traballando nun hospital, que é o que sempre quixen aínda que non me desgusta nada o tema da moda e o deseño. Por suposto eu véxome vivindo aquí, na miña aldea, en Mesía; hai que darlle saída as pequenas aldeas! Encántame onde vivo e a tranquilidade que me dá. Como dixen antes, gustaríame facer unha carreira de fisioterapia, pero teño aí as miñas queridas avoas co tema de estudar deseño... Ou quizais teña montada unha empresa de roupa ecolóxica con dúas socias coas que gañei un premio cando era unha rapaza e que se chama “Xoaniñas”. Quen sabe, a vida da moitas voltas...


Crónicas - Setembro 2016

14

xente dE aquí OROSO Todo o goberno municipal desprazouse a Portugal para recoller a distinción

Oroso recibe a Medalla de Ouro do seu irmán Góis

Entrega da Medalla de Ouro ao Concello de Oroso por parte de Góis, localidade portuguesa coa que se irmandou en 2007

O Concello de Oroso recibiu a Medalla de Oroso da Cámara Municipal de Góis, a máxima distinción que outorga a localidade portuguesa, irmandada con Oroso. O alcalde, Manuel Mirás, que se desprazou a terras lusas xunto cos demais integrantes do goberno local para recollela, asegura que “nin nos meus soños máis optimistas pensei xamais recibir tan algo galardón” e di ademais que “foi un dos acontecementos máis importantes da miña vida”.

FRADES

Viaxe infantil para coñecer a actividade mariñeira e fomentar o consumo de conservas

A concesión foi decidida de maneira unánime por todos os representantes da corporación de Góis. Foron a presidenta da Cámara Municipal de Góis, María Lurdes Oliveira Castanheira, e o presidente da Assembleia Municipal de Góis, José Antonio Pereira de Carvalho, os que lle entregaron a distinción aos representantes de Oroso. Para Pereira de Carvalho era ademais o último acto oficial da súa vida política, que decidiu abandonar.

O alcalde adiantou que a distinción é unha razón máis para “seguir avanzando cada vez máis na relación entre Oroso e Góis, sobre todo cando o ano que vén conmemoraremos o décimo aniversario do acto de irmandamento de ambos municipios”. Mirás fai un balance positivo polo intercambio de ideas e experiencias en diversos ámbitos. Pola parte lusa, Oliveira e Pereira concordaron e amosáronse moi satisfeitos cos seus irmáns galegos.

GoisOrosoArte, aberto en Sigüeiro ata o 10 de outubro

A mostra internacional de arte GoisOrosoArte 2016 pódese visitar no Centro Cultural de Sigüeiro ata o 1 de outubro. Recolle creacións de 57 artistas galegos e portugueses. O Concello entregoulles obsequios aos que participaron nos dez primeiros anos do certame e tamén unha mención especial á presidenta da Cámara Municipal de Gois. Fixaron o compromiso común de que a iniciativa siga medrando.

ORDES

CERCEDA

Exitosa Xuntanza Cabalar da asociació As Tinaxas a Cabalo

Os cativos, coñecendo a lonxa

O encontrou reuniu numerosos afeccionados ao mundo do cabalo

Uns 25 nenos e nenas de Frades participaron nunha excursión a Porto do Son (A Coruña), dentro dun programa autonómico para favorecer o consumo de produtos do mar. Na vila, visitaron a lonxa, o porto, a nave de redeiras e un museo. No Club Náutico, ofrecéronlles unha degustación de conservas a mediodía, antes de emprender o retorno a Frades.

A terceira edición da Xuntanza Cabalar organizada pola asociación As Tinaxas a Cabalo nas Encrobas (Cerceda) acadou un notable éxito de participación. O evento, que comezou o venres 26 de agosto con mexillóns e panceta de balde, tivo como actividade destacada a gran final de

andadura da Federación Hípica Galega, ademais dunha ruta cabalar, probas de andadura e trotóns federadas e libres e unha mostra de cans de caza e aves rapaces. Para completar a compoñente lúdica, os nenos e nenas tiveron xogos inchables e paseos en poni. E para xantar, unha pulpeira.

A comida-baile solidaria da AECC celébrase o domingo 16 de outubro no Restaurante Barreiro A delegación ordense da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) celebrará o domingo 16 de outubro a súa sexta comida-baile solidaria. Será nas instalacións do Restaurante Barreiro, en Leira, a partir das 14:30 horas. As entradas xa se poden adquirir no mesmo restaurante e no Bar Saloon, situado en Ordes, por 30 euros. Haberá un servizo de autobuses para acudir desde Ordes, coa colaboración de Autos Álvarez. Partirá da Alameda ás 14:00 horas. Durante a celebración, sortearanse agasallos doados polos comerciantes de Ordes. O ano pasado, este evento solidario aproximouse aos 400 participantes e contou co apoio e presenza de todos os sectores da sociedade, diferentes representantes públicos e tamén directivos provinciais da asociación organizadora. Como madriña especial, acudiu a cantante Luz Casal. Os 2.000 euros obtidos na pasada edición destináronse á investigación contra a enfermidade.


crónicas - Setembro 2016

15

xente de Aquí

Síguenos en

...Y APROVECHA NUESTRO SEGURO ESPECIAL PARA NIÑOS VEN A VISITARNOS E INFÓRMATE

97 €

Rúa Recreo nº 9 ORDES - Telf: 981 685 045

E-15-001267

Verónica Dono

2 GAFAS MONOFOCALES CON ANTIRREFLEJANTE

ORDES Foi director da banda ordense durante máis de vinte anos e desempeñou un intenso labor pedagóxico

Homenaxe a Fernando Gontad na XVII Xuntanza de Bandas

Na xornada, actuaron as bandas de Ordes, de Arca e de Boiro

Gontad, recibindo unha placa de recoñecemento polo seu labor na banda

A XVII Xuntanza de Bandas de Música de Ordes, na que participaron as formacións de Ordes, de Arca e de Boiro, converteuse nunha homenaxe a Fernando Gontad, que du-

banda interpretando unha peza en memoria de Maximino Boga, compañeiro e amigo. O homenaxeado recibiu agasallos e unha placa de mans do alcalde, o concelleiro de Cultura e

PLAZAS LIMITADAS

rante máis de vinte anos foi director da banda ordense, ademais de mestre e director da escola de música local ata o ano pasado. Gontad aproveitou para dirixir a

membros da banda e da Asociación Amigos da Música de Ordes. Amosouse satisfeito polo labor desenvolvido e coa xente coa que traballou na banda.

CURSOS DE EMPEZAMOS EN SEPTIEMBRE MASAJE PROFESIONAL

Kom mst du auch ?

CLASES TEÓRICO-PRÁCTICAS PLAZO DE MATRÍCULA ABIERTO https://escuelademasajeiris.es

INFÓRMATE: 610 794 823 EN CERCEDA

CLASES DE ALEMÁN

Rosario Bahamonde Bello R/ Canteira nº 19, 1º B. 15680 ORDES Telf: 650 616 254 rosario.b.bello.1


16

Crónicas - Setembro 2016

xente dE aquí ORDES

FRADES

A Malla en Ardemil, cando o traballo se volve unha festa

Excursión municipal con destino a Poio e Combarro

Numerosas persoas acudiron a ver os labores da malla con máquinas antigas

Participantes na viaxe, ante os muíños da Barosa en Barro (Poio)

A medio camiño entre unha festa e unha xornada didáctica e conmemorativa, con toques de atracción turística, a parroquia de Ardemil (Ordes) volveu celebrar a súa Malla tradicional. Utilizando antigas malladoras fixas, cos motores orixinais de bastantes décadas atrás, e con xorna-

Máis de medio centenar de persoas participaron nunha excursión a Poio e Combarro organizada polo Concello de Frades. A primeira visita foi aos muíños da Barosa, en Barro (Poio), zona na que as persoas adultas participaron nunha ruta de sendeirismo e os nenos e nenas nun obradoiro

leiros entregados á causa, escenificouse todo o labor, descanso incluído. De forma paralela, desenvolveuse a exposición e feira de antigüidades, un xantar con máis de 200 persoas e unha exhibición duns corenta tractores antigos por pistas da zona.

de elaboración de pan, vinculado á actividade dos muíños. Houbo un baño de grandes e pequenos na fervenza próxima aos muíños. Despois de xantar, e antes de volver a Frades, aproveitaron a tarde para visitar Combarro e coñecer os seus hórreos, situados a carón do mar.

ORDES

FRADES

Unha xornada infantil encheu de diversión o Campo da Feira

Dúas alternativas asturianas

Os xogos tradicionais captaron a atención dos nenos e nenas na xornada

O día da infancia, que o Concello de Ordes celebrou no Campo da Feira uns días antes das festas patronais, reuniu varios centos de nenos e nenas. Xogos tradicionais non de todo esquecidos, animacións de circo, elementos inchables para saltar e facer acrobacias, circuítos con ve-

hículos, obradoiros de globoflexia, maquillaxes e música foron algunhas das propostas máis salientables da xornada. Do fin de festa, como é habitual, encargouse unha lanzadeira de escuma que cubriu de branco os cativos e boa parte do Campo da Feira.

Unha excursión municipal de Frades levou preto de cincuenta persoas a Asturias. A viaxe deulles dúas opcións, ás que se acolleron por grupos. Uns descenderon o río Sella navegando desde Arriondas. Outros visitaron os lagos de Covadonga e o santuario do lugar.


Crónicas - Setembro 2016

17

xente dE aquí OROSO Con xogos, música, circo, teatro, maxia, cine ao aire libre e excursións

A Semana Cultural, o mellor antídoto contra o aburrimento no verán de Oroso

Un centenar de nenos, nunha actuación de monicreques

Saída ao Aquapark de Cerceda, dentro da Semana Cultural

Espectáculo de acrobacias da compañía Duelirium

O Mago Rafa, nun dos pases que ofreceu na súa caravana

A Semana Cultural de Oroso, que en realidade son dúas semanas, ofreceu numerosas actividades coas que os máis pequenos da familia tiveron ocasión de romper coa monotonía na que ás veces poden derivar as vacacións escolares do verán. Saídas ao parque acuático de Cerceda, xogos inchables na piscina municipal, unha festa da escuma, a xincana lingüística da Mancomunidade, representacións de monicreques, números de circo, a visita dun mago coa súa caravana, proxeccións de cine ao aire libre ou actuacións de música foron algunhas das propostas máis destacadas deste ciclo, xa tradicional na programación estival de Oroso. A afluencia de público foi considerable en todas as actividades organizadas.

TORDOIA Uns 200 nenos e nenas acudiron á celebración, con numerosos xogos

COMARCA

Macrofesta infantil na piscina de Tordoia

A Mancomunidade convoca varios obradoiros de artesanía nos distintos municipios

Uns douscentos nenos e nenas participaron na Festa da Infancia do Concello de Tordoia, con xogos acuáticos na piscina, inchables na área contigua, unha lanzadeira de escuma e un obradoiro de promoción do consumo de conservas de mar.

A Mancomunidade de Ordes convoca varios obradoiros artesanais nos distintos municipios para os vindeiros meses. Son clases de cestería, fiado de la, plantas medicinais e cosmética natural. As inscricións poden facerse no 981 680 174 ou a través do correo electrónico info@xeiraconsultora.com. As prazas son limitadas. O obradoiro de cestería terá lugar en Trazo e Tordoia o 1, 8 e 15 de outubro, e en Frades o 5, 12 e 19 de novembro. O de fiado de la será en Ordes e Mesía, o 22 e 29 de outubro. O de plantas mediciñais desenvolverase en Cerceda (1 de outubro), Mesía (15 de outubro) e Oroso (12 de novembro). O de cosmética natural será en Ordes (15 de outubro), Cerceda (22 e 29 de outubro), e Oroso (19 de novembro). Tras os obradoiros, nos que colabora a Deputación, do 16 ao 23 de decembro o Museo do Traxe de Ordes acollerá unha mostra dos traballos creados nas clases.


Crónicas - Setembro 2016

18

xente dE aquí ORDES Catro días longos de festas, con música, relixión e homenaxe aos emigrantes

A capital viviu as patronais a todo ritmo

Orquestras de moda encheron a Alameda, coa N-550 cortada

Acto de homenaxe á diáspora, no Día do Emigrante

O grupo local Ritmo Galego (esquerda) compartiu escenario con Treixadura, na derradeira xornada das festas de Ordes

ORDES Espectáculos de maxia, acrobacias, monicreques, coreografía ou teatro

A ‘Viaxe pola Cultura’ refrescou as tardes do verán O programa ‘Unha viaxe pola cultura’, que se desenvolveu en Ordes durante a primeira quincena de agosto, trouxo diversos espectáculos á Alameda e á Casa da Cultura, cos que sobre todo o público infantil puido entreterse e divertirse durante as tardes estivais. Representacións de maxia, acrobacias circenses, actuacións de monicreques, coreografías, clowns, números teatrais e sobre todo moito humor conformaron a programación, na que colaboraron o Concello, a Deputación e a Xunta.

Procesión do día 15 de agosto

As festas patronais de Santa María converteron a Ordes no epicentro lúdico da comarca durante catro longas xornadas. Algunhas das orquestras máis afamadas encheron a Alameda en sesións vermú e verbenas nocturnas. A N-550 cortouse ao tráfico no centro para as celebracións. O Campo da Feira concentrou as atraccións. Non faltou a cita cos oficios relixiosos, destacando a procesión da Virxe. Nin o recordo aos emigrantes, personalizado este ano en José Manuel Mandaio e Josefa Sánchez. Pechou a actuación de Treixadura.

Os nenos e nenas do campamento estival expoñen pinturas no Museo do Traxe

O público infantil e familiar predominou na maior parte das actuacións programadas

Os números circenses e as acrobacias chamaron a atención

O humor e a interacción foron constantes nos espectáculos

Os nenos e nenas que participaron no campamento estival do Concello de Ordes e a escola ConTalento expuxeron pinturas súas no Museo do Traxe Juan José Liñares. Os traballos foron creándoos durante o campamento, coa axuda dos monitores e monitoras das actividades.


Crónicas - Setembro 2016

19

DEPORTES CARREIRA Máis de 350 participantes sumáronse ás probas das diferentes categorías de idade

Santos e Alvite, os primeiros na XXI Carreira de Ordes

Saída da proba xeral, que cubriu uns 9.500 metros de distancia

Chegada á meta dos gañadores masculino e feminino: David Santos e Rocío Alvite

A XXI Carreira Popular do Concello de Ordes ten como gañadores a David Santos na competición masculina e a Rocío Alvite na feminina. Manuel Páez e Luis Antelo completaron o podio dos homes e Esther Pedrosa e Lucía González o das mulleres. A proba rondou os 350 corredores nas diferentes categorías de idade, con distancias desde os 500 ata os 9.500 metros. Na categoría júnior-promesa-senior venceron Jessica García e Edgar Castelo. Na de xuvenís, triunfou Kevin Darriba. Entre os veteráns, primeiras posicións para Eusebia Maldonado e Enrique Goce na categoría A. Na B, gañaron Susana Parguiña e Emilio Martínez. Carmen Casas e Ramiro Pérez foron os mellores dos veteráns C. En cadetes, venceron Ana García e Javi Rodríguez. En infantil, Deki

Sar e o Atletismo Milladoiro foron os mellores equipos federados. E como mellores atletas locais, sen premios acumulativos, foron distinguidos Ana Belén Ferreiro, Pablo Raña, Juan Carlos Martínez e José Ángel Morlán. Os trofeos foron entregados polo

Entrega de trofeos aos clubes gañadores da carreira popular (esquerda) e os podios xerais masculino e feminino (dereita)

Mato e Daniel Mato. En alevín, Valeria Guridi e Sergio Soto. E en benxamíns, Alba Pena e Daniel Salgueiro. Na clasificación por clubes, primeira posición para o Vista Alegre, seguido do Correcaminos Ordes Running e o Coyote Ordes Running Team. Como equipos federados, o

alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e os concelleiros Ana Soneira e Luis Caamaño. Os premios en metálico foron dos 50 aos 150 euros, segundo categorías. Na proba colaborou a Federación Galega de Atletismo, ademais de diversas firmas comerciais.

CARREIRA A Carreira Popular, a MiniCarreira e as probas de base superan os 160 corredores

López Vilar e Botana González impóñense en Mesía

Á esquerda: saída da proba principal desde as Brañas da Valga (Visantoña, Mesía). Á dereita: entrada en meta da gañadora e do gañador, despois de doce quilómetros

A Carreira Popular de Mesía tivo como gañador a José Ángel López Vilar, de Cedeira. Na clasificación feminina, impúxose Sonia Botana González, do equipo Nosportlimit. O per-

corrido foi de doce quilómetros, con combinación de terra e asfalto e considerables pendentes. Na variante de seis quilómetros, os triunfadores foron Susana Par-

guiña Fernández e Miguel Anxo Nogueira Pérez. As dúas probas, na sexta edición, superaron os 160 participantes. Máis da metade competiron na principal,

preto de medio centenar na minicarreira e uns trinta nas categorías de base. O Concello agradeceu a colaboradores e patrocinadores.


20

Crónicas - Setembro 2016

DEPORTES PÁDEL

TENIS

Ordes acolle o campionato provincial absoluto

Martín Vázquez e María Xosé Blanco gañan o Torneo de Mesía

Mateo García de los Reyes e Hugo Suárez, campións provinciaisi de pádel

José Pardo, concelleiro de Deportes, entrega os trofeos na categoría de dobles

As instalacións de Pádel Ordes acolleron días atrás o Campionato Provincial Absoluto da Coruña, no que competiron as mellores parellas de xogo da provincia. Os campións foron Mateo García de los Reyes e Hugo Suárez, que venceron na final a Fernando Clavario e Ezequiel Artico.

Martín Vázquez, na competición masculina, e María Xosé Blanco, na feminina, son os campións do Torneo de Tenis Concello de Mesía, este ano na súa novena edición. Na competición de dobles, os triunfadores foron a parella de xogo Óscar-César. A competición sumou unha

Na vindeira fin de semana, 24 e 25 de setembro, o mesmo espazo deportivo acolle por terceiro ano consecutivo o Campionato Galego por equipos de primeira categoria, cos oito mellores equipos de Galicia en categoría masculina e feminina. A proba traerá máis de 200 persoas ao municipio.

vintena de tenistas afeccionados, que durante varias semanas xogaron as eliminatorias ata definir as finais. O Concello agradeceu a participación de deportistas e público, e tamén a colaboración da firma Coca-Cola, que achegou refrescos para todos os partidos.

TENIS DE MESA

PÁDEL

Concentración de xogadores benxamíns en Sigüeiro

Sito e José Viqueira, campións no torneo municipal de Frades

Durante catro días, os concentrados efectuaron unha preparación intensiva

Oroso acolleu unha concentración do Programa Minispin da Federación Española de Tenis de Mesa. A xornada reuniu diversos xogadores e xogadoras de toda España en categoría benxamín. Son deportistas que probablemente formen parte da selección española. Os participantes foron seleccionados polas súas autonomías

e a concentración desenvolveuse baixo a dirección dos adestradores Valeri Malov (Oroso TM) e Fran Berzosa (Clínica Colina Burgos), coa colaboración de Marcos Sanmartín. Luís Rey, concelleiro de Deportes de Oroso, acudiu a coñecer os xogadores e ofreceulle á federación as instalacións do municipio para futuros eventos.

Campións e finalistas, cos trofeos entregados polo edil de Deportes

Sito e José Viqueira proclamáronse campións do Torneo de Pádel do Concello de Frades, no que competiron oito parellas de xogo. Os gañadores derrotaron na final á parella Miguel-Méndez. O primeiro set resolveuse por 4-6 e

o segundo ía en 4-4 cando os subcampións tiveron que abandonar o xogo por unha lesión muscular no brazo de Méndez. O concelleiro de Deportes, Miguel Prado Cea, encargouse da entrega dos trofeos desta oitava edición.


Crónicas - Setembro 2016

21

DEPORTES FÚTBOL Doble competición ordense para complementar a programación das festas patronais

O Ordes gaña o Trofeo do Concello, e o Veteráns faise coa primeira edición do Torneo San Roque Ordes organizou dúas citas futbolísticas durante as súas festas do verán. Por unha parte, o Trofeo do Concello de Ordes, no que a S.D.C. Ordes venceu, seguida da S. D. Santa Cruz de Montaos e da A. D. Vila de Ordes. O Ordes impúxose por 1-0 nos seus partidos cos outros equipos. O Montaos gañoulle ao Vila de Ordes (2-0). Por outra parte, estreouse o Torneo San Roque, tamén en Vista Alegre. Gañaron os Veteráns Ordes, seguidos do Peña Vilamaior, do Mesón do Vento C.F. Veteráns, a S.D.C. Ordes Veteráns e o Poulo C.F. Veteráns. O alcalde, José Luis Martínez Sanjujo, e a tenente de alcalde, Ana Soneira, entregaron os trofeos a todos os participantes. As competicións, con organización municipal, tiveron a colaboración da Deputación.

A S.D. Ordes, o Montaos e o Vila de Ordes, na entrega do Trofeo Concello de Ordes

Gañadores no San Roque

A Peña Vilamaior, os veteráns do Mesón do Vento, os veteranos do Ordes e os veteranos do Poulo, no Torneo San Roque

FÚTBOL

O Torneo 2016 do Concello de Oroso, para o Sigüeiro A O Sigüeiro A é o campión do XIV Torneo de Fútbol Concello de Oroso, ao vencer na final da competición ao Sigüeiro B. Foi necesario agardar á tanda de penaltis para coñecer o gañador, dado que o tempo regulamentario concluira cun empate a cero. No partido polo terceiro posto, a Sociedade Deportiva Deixebre impúxose por 1-0 á Escola Deportiva Xuventude Oroso. Na súa semifinal, o Sigüeiro A medírase co Deixebre, cun resultado de 0-1 para o equipo que re-

mataría sendo campión do torneo. Na outra semifinal, o Sigüeiro B empatou a cero co Xuventude Oroso, e o pase á final tivo que decidirse nos penaltis. O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, acudiu a presenciar o Torneo, acompañado polo concelleiro de Deportes, Luis Rey Villaverde, e o deputado provincial de Economía e Facenda e concelleiro de Seguridade Cidadá, Antonio Leira. Os tres encargáronse da entrega dos trofeos desta competición.

Entrega dos trofeos da competición, que chegou á súa decimocuarta edición

FÚTBOL O segundo posto do triangular foi para o Montaos e a terceira posición para o Vila de Ordes

A S.D. Pontecarreira faise co Torneo Hotel Restaurante Santa Cruz A S.D. Pontecarreira gañou o Torneo Hotel Restaurante Santa Cruz, disputado no campo de fútbol de Montaos (Ordes). A entidade fradense xa gañara o ano pasado. O equipo local quedou en segunda posición deste triangular, e o Vila de Ordes foi terceiro. Os resultados dos tres partidos disputados foron: Santa Cruz de Montaos e Pontecarreira (0-1), Vila de Ordes e Pontecarreira (1-1), e Santa Cruz de Montaos e Vila de Ordes (2-0).


crónicas - Setembro 2016

22

dePORteS FÚTBOL

TORDOIA

O Xuventude adxudícase o maratón de fútbol fradense

Celébrase a multitudinaria Festa do Socio da S.D. Tordoia

A participación no campionato duplicou a de edicións anteriores

O equipo Xuventude Frades gañou o Maratón de Fútbol do Concello. Venceu na final ao Paboi por 2-0. Nos penaltis polo terceiro posto, venceu o Combinado Frades sobre o Veteranos Abellá. A clasificación complétase co quinto posto para o Papucín, o sexto para o Gafoi/Aiazo, o sétimo

para o Ponte Carreira e a oitava praza para o Galegos. Recoñeceuse a David Viqueira, do Paboi, como máximo anotador da competición, con cinco goles. O mellor porteiro foi Costoya, do Xuventude Frades. Entregaron os trofeos o alcalde e o concelleiro de Deportes.

O fútbol local é algo máis que deporte. Así o demostrou a S.D. Tordoia na súa Festa do Socio, que resultou multitudinaria. Xantar e música, pero sobre todo encontro a partir do club que máis queren.

CERCEDA

FRADES

Doble ruta, xantar e Aquapark no Día da Bicicleta de Cerceda

O Día da Bicicleta supera os sesenta participantes

Os máis pequenos tiveron un especial protagonismo na xornada

Participantes no Día da Bicicleta 2016 do Concello de Frades

Máis de setenta persoas participaron no Día da Bicicleta de Cerceda. A xornada, dedicada ao fomento do deporte do pedal, ofreceu unha ruta para os máis cativos e outra, de maior dificultade, para persoas adultas ou menores acompañados dun adulto responsable.

O Día da Bicicleta de Frades superou as sesenta persoas participantes, na súa doble ruta. A máis longa foi de trece quilómetros de longo, para maiores de oito anos. Saíron da Pontecarreira e percorreron diversas pistas ata Vitre e Augas Santas, con retorno ao punto de partida. A ruta curta,

De darlles a saída encargouse o concelleiro de Deportes de Cerceda, Suso Rama. Tras a actividade deportiva, celebrouse un xantar campestre na área lúdica próxima ao parque acuático. E como cumio da xornada, todos os participantes no Día da Bicicleta tiveron acceso gratuíto ao Aquapark.

para nenos e nenas, foi de tres quilómetros e medio, chegando ata Ledoira e volvendo. Os percorridos carecían de carácter competitivo, simplemente tratan de incentivar a práctica do deporte en todas as idades. Ao remate ofreceuse un avituallamento e sorteouse material deportivo.


crónicas - Setembro 2016

23

OPiniÓn Os paxariños da Alameda

Sección de chíos, murmuracións e faladorías pilladas polo aire, unhas máis certas que outras

Hai acordo. Un acordo deses secretos que todo o mundo coñece. Con cordialidade. Consiste en que as gaivotas poden pousarse na representación da roseira da zona sen que as espiñas lles estorben. Iso si, só nas datas acordadas. A cambio, a roseira terá garantizados fertilizantes para non secar e para que agromen as flores máis vistosas. As que miran cara adentro da planta, claro está, porque os niveis superiores quedan para as aves.

E moitas das roseiras dos demais xardíns nin se enteran. As que si compréndeno e envéxano. Pero non todas. E ademais preveñen da mutación da especie e da necesidade de ir buscando unha planta para a zona para manter o territorio. Cando menos, seguir no terreo, aínda que non haxa flores, que a tal cousa xa están afeitas. Dán por feito que botará a voar. Que pouco coñecemento da arte, da política e das camuflaxes!

O entendemento foi a mesa e mantel, medio público pero sen chamar a atención, no niño oficial da roseira, o mesmo polo que non hai tanto pasou o xermolo que non dá agromado. Por parte gaivota, asistiu o súper, a quilómetros pagados polo erario, como todo o acordo. Ás demais pólas da roseira dóelles tanta carga e as gaivotas da zona adoecen por tan alta, e previsible, traizón.

O botánico explicoulle ao ornitólogo, medio traumatizado, que o que contan son as contas. E antes ou despois haberá que presentar balance. Non hai moito que razoar. A ocasión presentárona Calva e foi ben aproveitada. Se máis adiante se opta por un transplante ou unha retirada, xa se verá. Pero o importante son os números en negro, para uns, e que as espiñas non molesten, para outros.

ACTIVIDADES ANUAIS DO CONCELLO DE OROSO

Noutras paraxes, o paxaro rei continúa espido e ninguén se atreve a dicirllo. Como as contas tamén lle cadran, todo o mundo dá o seu consentimento. Pasear os coiros desplumados non é xa un escándalo, xa todo o mundo está afeito. O que non se asume tan ben é que os coiros estean tan manchados e aínda así se presuma deles. E aínda peor é cando a hixiene non se dá disimulado nin cos disfraces de plumas. Volvendo aos gaivotos, o de máis alá está en serios problemas. As amarguras non cesan, os premios escasean, as alegrías non dan chegado... O niño está a punto de virse abaixo por obsesións enfermizas. Non compensa. O aclamado líder, con tantos voos a ras de chan pola comarca, puido ver que a concentración parcelaria dos seus nin está nin a espe-

ran. Cada un coida da súa finquiña e mira de non ter que pisar a dos demais. E moito menos compartila, como lles guiaría o ideario da especie. Prefiren unha tenza mínima que non produza nada antes que unha chousa máis ampla sen valos. Pero que saberán as aves de fóra! Antes de dar a última, tamén hai que matizar que ese comportamento territorial é o que limita a proliferación das pitas de monte. É ben sabido. E a última é que ao final nin o Santo nin o demo se salvaron da queima. Sempre pensaron que habería indulxencia no prazo final, que aparecería unha pista de despegue e remontarían. Descoidaron todas as advertencias, mesmo ignoraron a precariedade da situación, pese ás aparencias que sempre tratan de gardar as gaivotas. O decoro, sempre o decoro. E agora vense na estacada, castigo xusto á neglixencia, á fachenda e á inoperancia de tanto tempo vagando e vagueando.

XIMASIA DE MANTEMENTO INSCRICIÓNS: Ata o 26 de setembro. FÚTBOL ZUMBA BALONCESTO Admisión ás actividades por orde de inscrición. ATLETISMO RUNNING PÁDEL TAEKWONDO TENIS DE MESA Cursos de 3 de outubro a 31 de maio XADREZ PATINAXE HÓCKEY INFORMACIÓN: PILATES TENIS FÚTBOL SALA Ofi cinas do Centro Deportivo, de XIMNASIA RÍTMICA E ACROBÁTICA

ACTIVIDADES DEPORTIVAS

10:00 a 14:00 h. e de 16:00 a 23:00 h. Telf: 981 92 79 01

OBRADOIRO DE MEMORIA INFORMÁTICA TAI CHI

XIMNASIA

MÚSICA E MOVEMENTO

TROI

OBRADOIROS CULTURAIS PATCHWORK

TEATRO

DEBUXO E PINTURA CESTERÍA

LABORES

TRABALLOS MANUAIS

www.oroso.gal

ACTIVIDADES PARA MAIORES

INSCRICIÓNS: Ata o 27 de setembro. Departamento de Animación Sociocultural Rúa da Cultura, 1 Telf: 981 69 09 03

INSCRICIÓNS: Ata o 28 de setembro. Departamento de Servizos Sociais Rúa do Deporte, 9-baixo Telf: 981 68 89 50 Departamento de Animación Sociocultural Rúa da Cultura, 1 Telf: 981 69 09 03


Crónicas

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L. Peche de edición: 16-09-2016. Depósito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com

OROSO Recoñecemento do antigo alumnado da escola da parroquia a Ramón Antonio Tojo García

Senra homenaxea o mestre que lle levou o teatro Antigos alumnos e alumnas da escola de Senra (Oroso) homenaxearon a Ramón Antonio Tojo García, mestre no centro escolar entre 1967 e 1976. Foi unha xornada de reencontro na que rememoraron vivencias e recoñeceron a súa vocación pedagóxica. Tojo García, de Touro, ten agora 87 anos. O alumnado comenta que sempre motivaba a aprender, mesmo emulando o concurso televisivo ‘Cesta y puntos’ para o que “os rapaces e rapazas estudabamos máis que se fose para un exame, porque nos retaba por aldeas, dábanos vergoña fallar preguntas en público e ademais había premios”, explica Eduardo Veiras, concelleiro e antigo alumno. Iso si, o que máis lembran na parroquia son as obras de teatro que dirixía o mestre e que preparaban entre todos, con títulos como ‘Os vellos non deben de namorarse’, ‘O rei da carballeira’ ou ‘Un ovo de dúas xemas’. Un sementador de cultura.

Encontro de antigos alumnos e alumnas co mestre Tojo e, baixo estas liñas, imaxes das obras de teatro que representaban


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.