Cronicas comarcadeordes n35 novembro2016

Page 1

Crónicas

Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 35 - Novembro de 2016

Monte e espazo forestal ocupan xa máis da metade da comarca Case o 51 % do territorio da comarca está xa ocupado por montes e plantacións forestais. Son unhas 38.300 das 75.557 hectáreas de superfi-

cie dos sete municipios da zona, segundo datos oficiais do IGE publicados hai uns días. O espazo para cultivos e praderías pasa por pouco das

30.000 hectáreas. En termos relativos, non chega ao 40 % do total. Por municipios, só en Mesía as praderías teñen maior proporción que as zo-

nas forestais e de monte, un 46 % fronte a un 40 %. No extremo oposto está Trazo, onde o monte forestal chega Páx. 2 ao 59 % do terreo.

ORDES

O mantemento do tipo do IBI fará subir a contribución Páx. 4

DEPORTES

O tracense Ríos, campión galego de autocross Páx. 21

ORDES

O pleno reclama que a AP-9 sexa transferida á Xunta

Viriato descósese A liquidación téxtil leva por diante un cento de empregos

Páx. 6

CERCEDA

Páx. 11

Sogama acadou en 2015 o récord de tratamento de lixo Páx. 9

COMARCA

Case o 50% do orzamento da Mancomunidade, a persoal

OPINIÓN

Páx. 10

Artigos de Esther Couto, Carlos Varela e Estrella Vázquez

As amas de casa reivindican cotizar na Seguridade Social

Páx. 6

Mecá

ECONOMÍA E TRABALLO

nica e Neum átic a

Páxs. 22-23

Taller multimarca Amortiguadores Distribucións Mecánica en xeral Frenos e neumáticos Presupostos sen compromiso Revisións I.T.V. Diagnoses multimarca Cambios de aceite Aliñado de dirección Embragues Aire acondicionado

Fonte Estrei 28-30 Baixo, 3 15680 Ordes (A Coruña) talleresdepradoegranado@gmail.com / Telf: 981 68 85 73 / Móbil: 671 79 57 61 / Permanente: 696 42 27 94


Crónicas - Novembro 2016

2

Actualidade COMARCA Mesía é o único municipio da bisbarra ordense que conserva máis espazo para prados que montes

Máis da metade do territorio da comarca ocúpano xa o monte e as plantacións forestais Menos hortas e prados e máis eucaliptos. Esta é a tendencia que calquera pode observar no uso do territorio da comarca desde hai anos, e que agora se pode constatar con datos oficiais do Instituto Galego de Estatística (IGE), publicados nos últimos días. O monte a os aproveitamentos forestais supoñen xa unhas 38.300 hectáreas nos sete municipios da zona. Equivalen ao 50,7 % das 75.557 hectáreas totais, por tanto máis da metade do territorio. Nesta categoría inclúense tanto espazos arbóreos con escasa intervención humana (matos e semellantes) como plantacións forestais, con maior ou menor grao de planificación ou coidado. O espazo que ocupan os cultivos e as praderías, xeralmente vinculados a explotacións de horta e gandeirías, suma 30.034 hectéreas. En termos relativos, é o 39,75 % da superficie da comarca. É unha categoría de uso en retroceso paulatino, debido á gravísima crise do sector leiteiro, que fai que pechen granxas. Os seus ti-

DISTRIBUCIÓN DE TERRAS NA COMARCA DE ORDES (en hectáreas) CONCELLO CERCEDA FRADES MESÍA ORDES OROSO TORDOIA TRAZO TOTAL

TOTAL 11.127 8.156 10.707 15.723 7.259 12.455 10.130 75.557

FORESTAL 6.043 4.521 4.302 7.678 3.726 6.044 5.978 38.292

CULTIVOS E PRADO 3.898 3.057 4.923 6.360 2.862 5.234 3.700 30.034

OUTROS USOS 1.185 578 1.482 1.684 671 1.177 452 7.229

Principais usos da terra con datos de 2015, sen incluír outros aproveitamentos menores. Fonte: Instituto Galego de Estatística

tulares adoitan optar por aproveitar os terreos para plantacións forestais, que ofrecen ingresos a medio prazo e nas que se pode prescindir, relativamente, dos inevitables custos de produción do gando. Para outros usos, como solos residenciais, industriais, infraestruturas ou equipamentos, o IGE contabiliza ata 7.229 hectáreas no conxunto de Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo. Non chega ao 10 % do total.

POR MUNICIPIOS Atendendo ao que sucede en cada municipio, destaca que Mesía é o único que conserva máis superficie de cultivos e praderías que de uso forestal. O 46 % fronte ao 40 %, mentres que outros usos representan un 14 %. No extremo oposto sitúase Trazo, onde o 59 % do territorio está a monte ou con plantacións forestais. En cambio, co seu 36,5 % non é o que menor proporción destina a prados

e cultivos. Nesta situación está Cerceda, onde tal tipoloxía representa o 35 % do territorio. O segundo municipio con maior proporción territorial de usos forestais é Frades, con máis do 55 % da superficie. Con todo, se se compara co conxunto de Galicia, a comarca ten aínda unha escasa presenza dos usos forestais, posto que o 65 % do territorio galego é de uso forestal, menos do 24 % ten prado e cultivos, e o 11 % conta con outros usos.

TORDOIA

COMARCA Integra tres plans previos e once convocatorias distintas de subvencións

Empregan 25.000 euros para dotar o PAI dunha pérgola e de novo equipamento

A Deputación crea un único plan de apoio aos Concellos e dótao con 74 millóns de euros

O Concello de Tordoia anuncia un investimento de 25.564 euros para instalar unha pérgola e novo equipamento no seu Punto de Atención á Infancia (PAI). A pérgola será de aceiro e vidro irrompible, con filtro solar. O equipamento e material que se van adquirir son mobles, electrodomésticos e tamén material didáctico e xogos de interior e de exterior. Ademais, para introducir as novas tecnoloxías no ensino do centro, mercarán unha pizarra dixital, un ordenador e outros dispositivos. O Concello utiliza para esta iniciativa unha axuda do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e da Xunta.

A Deputación da Coruña crea o chamado POS+2017-Plan Único de Concellos, no que unifica varios plans anteriores e achega unha dotación de 74 millóns de euros. É o maior orzamento contemplado nun plan provincial na historia da entidade provincial, tal como destaca o seu goberno. O presidente, Valentín González Formoso, explicou que parten da experiencia do Plan de Obras e Servizos (POS) durante anos, pero coa intención de centralizar a maior parte das achegas aos Concellos nunha soa convocatoria. Suple tres plans preexistentes (POS, PAS e PAI) e outras once liñas de subvencións diferentes e evita tramitar un milleiro de expedientes distintos cada ano, aforrando custos e tempo. Formoso engade que o plan po-

Crónicas

Presentación do novo plan provincial

derá incrementar aínda máis os seus recursos ata os 100 millóns de euros sen ter que tramitar unha nova convocatoria, con fondos procedentes de superávit. O reparto do diñeiro entre os Concellos seguirá os mesmos criterios do POS, tradicionalmente apoiados por todos os grupos políticos provinciais. Son aspectos como a cantidade de

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

poboación, a superficie do municipio ou o esforzo fiscal. Unha das prioridades do Plan Único será axudar a sanear as finanzas dos Concellos, de maneira que poderán destinar ata o 75 % dos fondos a pagar de forma prioritaria as débedas con proveedores que teñan unha antigüidade superior aos tres meses. Formoso sinala que a Deputación ten débeda cero e cumpre “con folgura, mes a mes” o prazo legal de pago a proveedores. A intención é que os Concellos “sigan tamén nesta senda”. O presidente provincial cre que con este apoio todos os Concellos da provincia poderían estar ao día no pagamento das súas facturas nun prazo de dous anos. Tamén poderán reducir débeda bancaria.

Se quere recibir Crónicas de balde no seu correo electrónico, pídao en cronicas.comarcadeordes@gmail.com


Crรณnicas - Novembro 2016

3

PUBLICIDADE


Crónicas - Novembro 2016

4

Actualidade ORDES Os votos de PP e UxO impediron debater unha proposta do BNG para rebaixar o tipo

O recibo da contribución subirá en 2017 O importe dos recibos da contribución subirá en 2017 en Ordes, despois de que a maioría do pleno municipal impedise debater unha proposta presentada polo BNG para reducir o tipo do Imposto de Bens Inmobles (IBI) e paliar así a suba dos valores catastrais. O goberno local (PP) opúxose porque considera que a iniciativa dos nacionalistas contiña “datos e cifras erróneas”, segundo afirma nun comunicado. UxO, o principal grupo da oposición, abstívose defendendo que a proposta tería que tratarse previamente nunha comisión informativa. O PSOE si apoiou que a moción do Bloque fose cando menos debatida. Así as cousas, o tipo do IBI seguirá sendo do 0,56% do valor catastral, tanto en bens urbanos como rústicos. Pero como o valor sobre o que se aplica segue subindo cada ano ata 2022, por mor da revisión catastral de hai uns anos, o resultado é que o recibo sobe. A intención do BNG era situar o IBI no 0,54%. Isto na práctica suporía unha conxelación do importe do imposto, nunha liña moi semellante ao acontecido este ano, para o que se rebaixara o tipo no 0,56 en vez do

A auga e o saneamento baixan un 0,8% para equipararse ao IPC A taxa que se paga en Ordes polo servizo da auga potable e o saneamento baixará un 0,8%. O pleno xa aprobou o cambio por unanimidade dándolle cumprimento á evolución do IPC, coa que se rexe desde hai anos este tributo. A maioría do pleno de Ordes non considerou urxente o debate da moción do BNG

0,60 previo. Segundo os datos ofrecidos polo Bloque, que o Partido Popular cuestionou, a recadación total do IBI no municipio pasará de 2.088.818 euros este ano a 2.164.477 euros o que vén. En cambio, se se reducise o tipo ao 0,54 a contía total sería de 2.088.322 euros, practicamente a mesma deste ano. Pablo Vidal, portavoz do BNG, valorou o acontecido no pleno como unha “pinza UxO-PP” e acusou ao goberno de “sumar un novo incumprimento do seu programa electoral, no que se comprometeu a a rebaixar

o IBI e o ICIO un 10%”. O representante do Bloque advirte que coa decisión tomada “a veciñanza pasa novamente a pagar o mesmo que viña pagando no comezo da lexislatura”. O ano pasado, a rebaixa do IBI, tamén proposta polo BNG, aprobouse por unanimidade. Fixouse no 0,56 cando estaba no 0,60. O PP sumouse, pero previamente intentara que se reducise só ata o 0,58 e deixar para anos sucesivos novas baixadas porque o paso privaba ao Concello, sen moitas alegrías financeiras, duns 150.000 euros en ingresos.

EN OROSO... No pleno de Oroso, tamén se estableceron cambios na ordenanza fiscal do servizo de abastecemento e saneamento. Foi cos votos a favor do PSOE e do BNG, e coas abstencións de PP e Son de Oroso-Anova. Os novos importes establécense segundo o contrato entre o Concello e a concesionaria. O alcalde, Manuel Mirás, sinalou que o custo da auga “en Oroso é dos máis asequibles e incluso nas aldeas que se enganchan din que lles sae máis barato que o motor do pozo”.

ORDES

OROSO

Apróbanse 109.000 euros de facturas pendentes coa abstención do PP e do BNG

O Concello rematou o 2015 cun remanente de 201.000 euros

O pleno municipal de Ordes aprobou o recoñecemento dun expediente extraxudicial de crédito por importe de 109.250 euros. Trátase dunha contía coa que se poderán atender facturas e pagamentos pendentes de obras e servizos contratados polo Concello no anterior mandato, boa parte deles en xullo de 2015, xa despois das eleccións municipais. A votación caracterizouse pola abstención por parte do grupo do goberno (PP) e o BNG, de maneira que a operación financeira será posible polos votos favorables de UxO, responsable do anterior executivo, e do PSOE. Os socialistas aproveitaron para cuestionar a actitude do PP. Califican de “incoherente” que un mes antes o goberno aprobase a modificación de crédito para estas facturas e que agora opte por absterse cando hai que proceder ao recoñecemento extraxudicial. Este

mecanismo, por certo, permite o pagamento das facturas pendentes sen que os seus perceptores teñan que reclamalas por vía xudicial. PLAN PROVINCIAL A mesma sesión aprobou un expediente de modificación de crédito para facilitar o Plan de Aforro e Investimento da Deputación da Coruña. Son dúas partidas, segundo o goberno municipal, coas que se amortizará débeda sen xuros por un valor de case 218.000 euros, e tamén uns 140.000 euros para acometer obras no aparcadoiro do tanatorio municipal no Valado. Neste caso, só votou a favor o executivo ordense, mentres que UxO e o PSOE preferiron absterse. O grupo do BNG votou en contra porque considera que debería dárselle prioridade a outro tipo de obras dentro do plan provincial.

O Concello de Oroso rematou o exercicio de 2015 cun remanente líquido de tesourería para gastos xerais de 201.252 euros, segundo a conta xeral que aprobou recentemente o pleno municipal. En termos de aforro neto, o ano concluíu con máis de 615.000 euros en positivo. A conta xeral recibiu o voto a favor do goberno (PSOE), as abstencións do PP e do BNG e o voto en contra de Son de Oroso-Anova. O alcalde, Manuel Mirás, non dubida en falar de “éxito económico do Concello”, que atribúe ao seu equipo de goberno e ao “excelente traballo” dos funcionarios municipais, opinou. O rexedor redundou en cifras como o nivel de débeda viva local, que se reduciu levemente, do 20,62 % de 2014 ao 20,19 % de 2015. O informe técnico que acompaña a conta permite, segundo o goberno, unha “importante marxe para o endebedamento”. Mirás incidiu tamén na carga impositiva, que non ve alta “pero

estudaremos se a podemos adaptar aínda máis”. A presión fiscal por habitante é de 325 euros, cando a media galega é de 414 e a española de 510, segundo o Concello. O PP botou en falta que non se saquen a concurso diversos servizos, como os de fontanería ou xardinería. Mirás admitiu que “a licitación pódese sacar todo, pero seguro que nin vostedes mesmos ían estar de acordo”. En todo caso, o alcalde defendeu o sistema seguido ata agora para facilitar a participación de empresas e comercios locais, con escasa capacidade para acceder a determinado tipo de concursos. E exemplificou que o servizo de fontanería foi licitado e quedou deserto. Siverio Mirás, de Anova, aprezou que “en moitos contratos vese que hai unha empresa favorita”. O goberno defendeu o rigor do seu proceder. E Xosé Manuel Pérez (BNG) agarda que nos vindeiros anos melloren algúns aspectos administrativos.


Crรณnicas - Novembro 2016

5

PUBLICIDADE


6

Crónicas - Novembro 2016

Actualidade COMARCA Aproba os orzamentos deste ano a comezos de novembro

A Mancomunidade gasta case a metade do diñeiro en pagar o persoal

Un organismo centrado nos servizos sociais e en accións de formación e emprego Os principais servizos que ofrece a Mancomunidade están relacionados cos servizos sociais, se ben hai Concellos que ofrecen varias prestacións pola súa conta ao consideralo máis operativo. A axuda no fogar, a inserción social e atencións á discapacidade e á dependencia son algúns eidos de actuación. Da Mancomunidade dependen tamén o Centro de Información á Muller e o Servizo de Atención Temperá, probablemente os departamentos mellor valorados da entidade. Existe ademais un servizo de orientación laboral, axencia de emprego e unha oficina de fomento cooperativo. Entre as principais funcións, están as de informar, asesorar e organizar actividades para facilitar o acceso ao mercado laboral. Outros servizos son os de animación sociocultural, educación familiar e normalización lingüística.

Case a metade dos recursos económicos da Mancomunidade de Ordes, un 49 %, gástanse en pagarlle ao persoal. Son máis de 600.000 euros en todo o ano, dos 1.242.000 euros totais que a entidade, de momento integrada polos sete Concellos da comarca, orzamentou para 2016. Unha cantidade semellante, incluso algo superior, resérvase para os gastos correntes en bens e servizos que o organismo precisa para o seu funcionamento diario. As transferencias correntes e os gastos financeiros, pola súa parte, non acadan en conxunto o 2 % do orzamento. E, de acordo coa información difundida pola Mancomunidade, non se acometerá investimento real algún. Aínda que son para 2016, as contas non se aprobaron ata este 7 de novembro. Recibiron o respaldo unánime do pleno, integrado polos sete alcaldes da zona. O volume de 1.242.553 euros supón un 18 % máis que o ano pasado, cando se contemplara a utilización de 1.118.000 euros por parte da entidade.

ALTA DEPENDENCIA En canto aos ingresos, a Mancomunidade presenta unha elevada dependencia das achegas doutras administracións. Especialmente da Xunta, que contribúe co 58,5 % dos recursos, máis de 727.000 euros. Os distintos Concellos pagan case o 22

FRADES

ORDES O Goberno central veta o debete nas Cortes

ORDES

Investigan un accidente laboral mortal nunha granxa de Abellá

A corporación pide que a autoestrada AP-9 sexa transferida á Xunta

Propoñen a limpeza de sumidoiros e cunetas para evitar anegacións cando chova máis

A Garda Civil investiga as causas e as circunstancias dun accidente laboral mortal sucedido nunha granxa do lugar do Canedo, en Abellá (Frades), o 16 de novembro. Un traballador da explotación, un mozo veciño de Mesía, caeu desde unha altura de tres metros e perdeu a vida no mesmo lugar. Os servizos de Urxencias Médicas desprazados ao sinistro só puideron confirmar o falecemento. Polo de agora non trascenderon datos da investigación das posibles responsabilidades.

ORDES

Falece nun atropelo na N-550 en Leira Un veciño de Ordes, de 58 anos, faleceu atropelado na noite do 15 de novembro en Leira. Os feitos sucederon no punto quilométrico 32,900 da N-550. O equipo de atestados de Tráfico abriu dilixencias para determinar as causas do accidente.

Pleno da Mancomunidade no que se aprobaron os orzamentos por unanimidade

O Concello de Ordes posicionouse a favor de que a titularidade e as competencias da autoestrada AP-9, que pasa polo municipio e ten unha peaxe preto da capital, sexan transferidas á Xunta de Galicia. A proposta foi presentada polo grupo municipal do BNG e obtivo o apoio do PP, no goberno, e do PSdeG-PSOE. UxO, o principal grupo da oposición, abstívose argumentando que tal asunto non é de competencia municipal, de maneira que o acordo plenario carece de valor. A transferencia á Comunidade Autónoma foi solicitada unanimemente polo Parlamento de Galicia no remate da pasada lexislatura. Sen embargo, o Goberno central en funcións de Mariano Rajoy manifestou en outubro pasado a disconformidade con que a proposición de lei orgánica se tramitase nas Cortes Xerais. Por iso, a petición do pleno de Ordes é que o Goberno central e o Mi-

% do orzamento (272.000 euros). A Deputación da Coruña, pola súa parte, achega o 14 % do diñeiro, con 177.500 euros. E por taxas, prezos públicos e outros ingresos, o órgano supramunicipal obtén uns 66.000 euros, que en termos relativos son arredor do 5 % do orzamento.

nisterio de Fomento retiren tal disconformidade, ademais de que os distintos grupos políticos das Cortes Xerais axilicen a tramitación da proposta e que sexa aprobada nos termos nos que se aprobou no Parlamento Galego. A iniciativa, que o BNG presenta en municipios onde a AP-9 ten unha incidencia directa, rexeita tamén que o Goberno central efectúe o “rescate multimillonario con fondos públicos de autoestradas [caso dalgunhas madrileñas quebradas por falta de demanda] co único fin de salvar a Banca e as construtoras que as xestionan”. Os nacionalistas veñen defendendo nas últimas semanas, pola contra, que “os recursos públicos se destinen prioritariamente ao rescate de autoestradas en beneficio das usuarias e os usuarios finais, para rematar coas peaxes abusivas da AP9”, tal como se le na moción do Bloque.

O PSOE de Ordes emprazou ao goberno municipal a efectuar traballos de limpeza e conservación que axuden a evitar posibles inundacións por mor da previsible intensificación da choiva durante o inverno. A petición sitúase tanto na capital municipal como nas distintas parroquias. A concelleira socialista, Verónica Gómez, asegura que “se non hai unha limpeza e mantemento oportuno, a chegada das choivas co inverno pode ocasionar o atasco das redes de sumidoiros e das cunetas, incrementando así o risco de inundacións”. No pleno, o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, expuxo que o Concello xa está acometendo estas tarefas desde hai tempo, tanto por parte dos seus operarios como dunha empresa concesionaria. Segundo o rexedor, a vontade do goberno é que os traballos de limpeza e mantemento cheguen ao maior número de lugares posible para evitar calquera risco.


Crónicas - Novembro 2016

7

Actualidade ORDES Rematan as obras na Ponte Vella e constrúen unha nova ponte de Melante

OROSO

Pereira en verde, Vilamaior en vermello

Asfaltan os accesos ao instituto de Sigüeiro e varios viais en Oroso e Vilarromariz

Abre unha ponte e pecha outra. Aos poucos días de que rematasen as obras da Ponte Vella de Pereira, o Concello de Ordes cortou o tráfico na estrada principal de Vilamaior para comezar a renovación da ponte entre Melante e A Armada. Na Ponte Vella de Pereira, entre O Mendo e O Ludiño, investíronse uns 85.000 euros, con financiación da Xunta. As carencias na infraestrutura observáronse a principios de ano, pero os trámites con Patrimonio e Augas de Galicia demoraron o inicio da obra ata setembro. Ademais de colocar unha nova estrutura, interviuse na ponte medieval próxima, situada no Camiño Inglés. A apertura ao tráfico deixa atrás meses de molestias para as persoas residentes na zona. En Vilamaior, viven a situación oposta coa interrupción ao tráfico da principal estrada da parroquia ata mediados de xaneiro. Para entón, segundo o Concello, podería estar rematada a colocación dunha es-

Unha estrutura prefabricada salvará o rego Buxán na estrada de Vilamaior

trutura prefabricada sobre o rego Buxán, entre Melante e A Armada. O gasto nesta obra supera os 80.000 euros. Prevese que sirva para afrontar as anegacións puntuais na zona, por falta de capacidade da vella canalización e pola escasa pendente. Boa parte do tráfico estase des-

viando pola pista que vai desde o Cruce do Casal ata O Peñasco, pasando polo campo de fútbol de Vilamaior. Mentres, en Frades contan con que as tres pontes destruídas nos temporais do pasado inverno queden rematadas na fin deste mes.

ORDES O BNG considera que o goberno fixo un “nulo seguimento das obras”

Retiran o novo pavimento do pavillón Campomaior O novo pavimento do pavillón Campomaior (Ordes) ten que ser retirado por non ser axeitado para a práctica de deportes como a patinaxe. A pesar de ser colocado recentemente, o goberno municipal asumiu que era necesario levantalo e repoñelo por outro que si fose útil.

A situación foi criticada polo BNG ordense, que no seu momento emprazou ao alcalde a “esixirlle á empresa adxudicataria das obras que repoña o pavimento de inmediato, xa que non existe ningunha cuestión técnica que o impida”, en palabras do portavoz do grupo, Pablo Vidal.

Os nacionalistas queixáronse ademais de que a solución ofrecida polo Concello fose trasladar as actividades de patinaxe ao Mesón do Vento. O Bloque cre que no Concello fixeron “un nulo seguimento das obras” e culpa ao goberno do PP de “pasotismo” ante os intereses veciñais.

A estrada de acceso ao IES de Sigüeiro, que ademais conecta a avenida da Grabanxa co polígono industrial, foi asfaltada nas primeiras semanas de novembro. O investimento da obra, segundo o Concello de Oroso, é de case 55.000 euros. Os traballos consistiron en acondicionar as cunetas, limpar o vial, retirar obstáculos e encher de grava as fochancas, para a continuación aplicar mestura bituminosa en quente e repintar. O goberno municipal xustifica a necesidade desta intervención, incluída no Plan de Obras e Servizos da Deputación, na deterioración que sufrira esta estrada, tamén coñecida como Rúa da Tosca, por mor do tráfico e a meteoroloxía. Por outra parte, tamén dentro do plan provincial, o Concello anunciou a mellora da rede viaria nos lugares de Vilanova e Vilacide de Abaixo, na parroquia de Oroso, e en Vilarelle, na parroquia de Vilarromariz, con case 37.500 euros de gasto. O concelleiro de Obras, Eduardo Veiras, explicou que “no caso de Vilanova e Vilarelle, trátase de viais dentro dun núcleo de poboación e que están sen pavimentar, polo que é preciso non só botarlles rego asfáltico, senón canalizar as augas procedentes da choiva”. Tamén en Vilacide de Abaixo se canalizarán as pluviais.


Crónicas - Novembro 2016

8

Actualidade MESÍA

OROSO

Iglesias reclama na Xunta o mantemento de camiños e viais

Estudantes de Turismo farán prácticas en Oroso en 2017

O alcalde de Mesía coa conselleira do Medio Rural, nunha reunión en Santiago

Sinatura do convenio entre Turismo da UDC e o Concello de Oroso

O alcalde de Mesía, Mariano Iglesias, reclamou ante a Xunta investimentos para seguir garantindo unha conservación e mantemento axeitados de pistas e camiños de interese público, en especial os que dan acceso ás explotacións agrogandeiras e aos terreos

Estudantes da Escola Universitaria de Turismo do Centro de Novas Profesións, da Universidade da Coruña, farán prácticas en Oroso durante este curso e no verán de 2017 co propósito de axudar a promover o Camiño Inglés. Esta iniciativa forma parte dun

de uso agropecuario e forestal. A solicitude foi efectuada nunha reunión en Santiago do rexedor coa conselleira do Medio Rural, Ánxeles Vázquez, naquel momento en funcións. Medio Rural recolleu a petición, aínda que sen ningún compromiso concreto.

acordo asinado polo director do centro académico, Carlos Rodríguez, e polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás. Tamén se contempla a visita de estudantes para elaborar traballos, a colaboración en actividades turísticas e un posible curso divulgativo no verán de 2017.

NORSERCO S.L. desenvolve a súa actividade no campo das obras ambientais e civís de diversa índole (forestais, restauracións paisaxísticas, infraestruturas rurais, agrícolas e gandeiras, obras públicas, de urbanización, de xardinería, etc) ademais da Consultoría e Enxeñaría, contando con sobrada experiencia nestes sectores.

norserco sl

Temos unha empresa en común:

Galicia máis habitable, máis sostible. Naturalmente


Crónicas - Novembro 2016

9

Actualidade CERCEDA Desviáronse ao vertedoiro 200.000 toneladas, a metade que en 2009

ORDES

Sogama marca un récord ao tratar 583.000 toneladas de residuos en 2015

Un punto itinerante de información divulga o xeito correcto de reciclar os residuos

O complexo que Sogama ten en Cerceda procesou en 2015 unhas 583.000 toneladas de residuos correspondentes ao que tecnicamente chaman a ‘fracción resto’, o lixo que se deposita na bolsa negra. A cifra é a maior acadada nunca na planta. Na mesma liña, a cantidade de residuos que se diveron que desviar ao vertedoiro foi a menor rexistrada desde a súa apertura: unhas 200.000 toneladas durante o ano. Os datos figuran na ‘Memoria da sustentabilidade 2015’, un documento que a partir de agora Sogama elaborará cunha periodicidade bienal. A conselleira do Medio Ambiente, Beatriz Mato, e o presidente da compañía, Javier Domínguez, deron a coñecer os datos poñendo especial fincapé na comparación co ano 2009, cando se produciu o cambio no goberno autonómico. Segundo Mato, o procesamento de residuos é un 17 % maior que o que se acadara seis anos antes. E o material que se desvía ao vertedoiro é un 49 % inferior, segundo di. Des-

O vehículo situouse na Alameda

O presidente de Sogama e a conselleira de Medio Ambiente, presentando os datos

tacan tamén os materiais recuperados, o ano pasado unhas 26.700 toneladas. Seis anos atrás eran unhas 17.600 toneladas. As recuperacións de aceiro e de plásticos son as que mellor progresión presentan. En canto á produción eléctrica, Sogama xerou 517.000 megava-

tios/hora en 2015, contando as súas tres plantas: a termoeléctrica, que queima os residuos non reciclables; a de coxeración, onde se secan os residuos orgánicos da bolsa negra; e a de biogás, que aproveita a fermentación dos residuos depositados no vertedoiro da Areosa.

Un punto móbil de información achegouse ata a Alameda de Ordes durante unha xornada para explicarlles aos veciños e veciñas a maneira correcta de separar os residuos segundo a súa tipoloxía e como depositalos axeitadamente nos colectores pertinentes. A iniciativa, posta en marcha por Sogama, Ecoembes e a Xunta de Galicia, trata de evitar que se vertan residuos de forma impropia para evitar así as dificultades que unha mala práctica ocasiona nas plantas de procesamento do lixo e garantir un bo resultado final na reciclaxe.


Crónicas - Novembro 2016

10

Economía E TRABALLO COMARCA Na gala do quincuaxésimo aniversario da asociación provincial, celebrada en Ordes

As amas de casa reivindican poder cotizar á Seguridade Social “sen pedir por favor un dereito” As amas de casa aspiran a poder cotizar na Seguridade Social polo seu traballo. É unha reivindicación xa case histórica que se volveu tomar protagonismo nunha gala conmemorativa celebrada en Ordes, coa que a Asociación Provincial de Amas de Casa, Consumidores e Usuarios da Coruña celebrou o seu quincuaxésimo aniversario. A presidenta desta entidade, Rosa Celia Otero Raña, expuxo que “as mulleres deste tempo crían aos fillos e fillas, coidan ás veces dos pais e netos sen ter dereito a unha pensión de xubilación despois dun divorcio ou separación”. Por iso, ve necesario “que se poida cotizar á Seguridade Social como no seu momento se fixo cos homes e mulleres do agro, para non ter que pedir por favor o que nos corresponde por dereito”. Segundo Otero Raña, nestes cincuenta anos “puidemos avanzar nos nosos dereitos, pero aínda máis temos que conseguir na cuestión da igualdade cos homes”. Neste sentido, considera que a xente nova ten que

Rosa Celia Otero Raña interviu na gala, na que actuaron diversas agrupacións musicais e folclóricas da comarca ordense

implicarse aínda máis para lograr a plena igualdade de xénero. A presidenta da asociación sinala que aínda hoxe “falta o recoñecemento ao extraordinario labor que realizamos, porque á marxe de coidar dos nosos fogares tamén traballamos no campo, na industria, no sector

servizos, e día a día damos exemplo de coraxe, valentía e decidida determinación para sacar adiante as nosas familias e conquistar o lugar que nos corresponde nunha sociedade máis xusta e igualitaria”, manifestou. María José Barreiro Cores, presidente da asociación de Ordes, fixo

LEITE O novo proxecto operará como unha única empresa desde o 1 de xaneiro

A unión de cooperativas chamarase CLUN e facturará 181 millóns anuais CLUN, Cooperativas Lácteas Unidas, é o nome que recibirá o novo grupo lácteo galego, integrado polas cooperativas Feiraco, Melisanto e Os Irmandiños. Son as tres que se decidiron a dar este paso, posto que a maioría dos socios da cooperativa Xallas optou por non dar este paso. Segundo avanzou o portavoz de CLUN, José Ángel Blanco, a escritura de constitución será asinada en decembro e desde o 1 de xaneiro de 2017 comezarán a funcionar como empresa única. Nestas últimas semanas analizaron que servizos e marcas comerciais dos que xa dispoñen as tres cooperativas van seguir desenvolvendo. Ademais, Blanco non descartou novas iniciativas comerciais cando medre a entidade. Os responsables das tres cooperativas que se van integrar expuxéronlle os seus plans ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nunha reunión á que tamén acudiron os conselleiros de Medio Rural, Ángeles Vázquez, e de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde.

Reunión dos presidentes das cooperativas que se fusionarán co presidente da Xunta

Segundo a Xunta, non é o primeiro encontro que sostiñan, pero si o primeiro público. A conselleira de Medio Rural tratou de desmarcarse de calquera tutela por parte da Administración e afirma que CLUN surxe “desde as bases”, dado que “foron os gandeiros os que decidiron unirse para ser máis competitivos”. Vázquez pensa que os presidentes

das cooperativas “non deron o paso ata ter garantías”. A conselleira insistiu en que a fusión axudará a reducir os custos de produción, para ela un dos grandes deberes do sector. CLUN agrupará 3.500 Gandeiros que producen 300 millóns de litros de leite ao ano, o 15% do negocio lácteo galego. Facturará 181 millóns de euros ao ano.

repaso polo traballo efectuado en diversos ámbitos. O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, sinalou a entidade ordense como “pioneira no tecido asociativo local hai máis de trinta anos”, ofreceu apoio institucional e sumouse ao recoñecemento ao labor destas mulleres na sociedade.

PREZOS DO LEITE

SETEMBRO / AGOSTO (€/litro) Galicia Andalucía Aragón Asturias Baleares Canarias Cantabria Castela-A Mancha Castela e León Cataluña Extremadura Madrid Murcia Navarra Euskadi A Rioxa Valencia

0,282 0,317 0,296 0,316 0,311 0,449 0,286 0,301 0,296 0,294 0,295 0,300 0,296 0,308 0,339 0,313 0,290

0,272 0,315 0,285 0,314 0,306 0,448 0,282 0,292 0,291 0,301 0,292 0,292 0,298 0,297 0,343 0,303 0,304

ESPAÑA

0,296

0,290

MEDIAS ESPAÑA SETEMBRO 2013 0,360 2014 0,352 2015 0,304 2016 0,296

PRODUCIÓN SETEMBRO 2015

2016

Galicia 187.006 tn 203.296 tn España 520.030 tn 535.141 tn Fonte: FEGA (30-10-2016)


Crónicas - Novembro 2016

11

ECONOMÍA E TRABALLO TÉXTIL A empresa ordense pide a liquidación despois de que El Corte Inglés renunciase a mercarlle máis xénero

Viriato aproxímase ao abismo Viriato descósese. A empresa téxtil ordense anunciou hai uns días que solicitará a súa liquidación ante un Xulgado Mercantil da Coruña. É un paso co que a firma, que mantiña un centenar de empregados, avanza cara ao seu probable peche. Aos poucos días de anunciarlles un ERE extintivo para a maior parte dos traballadores, a dirección de Viriato comunicou a solicitude de liquidación. O feito que acelerou os pasos foi a notificación de El Corte Inglés de que non mercaría xénero de Virianto para a tempada de primavera e verán. Estes grandes almacéns representan o 40 % das vendas totais da empresa. Nun comunicado asinado polo director xeral de Viriato, Alejandro Ríos, admitiuse que a decisión de El Corte Inglés “xa se contemplaba”, aínda que se intentara evitar. O motivo é que a téxtil ordense non foi capaz de servir todo o encargo da tempada actual de outono e inverno. Quedaron nun 20 % do pedido inicial, 30.000 prendas. E para a primavera e verán nin sequera podían garantir a produción, segundo explican “pola falta de liquidez motivada en parte polos embargos sobre os dereitos de cobro e sal-

dos bancarios trabados polas administracións públicas”. Estímase a débeda da empresa en dez millóns de euros. Esta situación fixo que se viñese abaixo outro dos piares da compañía: a exportación. Para fóra ían o 30 % das vendas, pero os incumprimentos dos prazos tan precisos que require o sector levaron aos axentes e representantes e prescindir da marca para a vindeira tempada. Tampouco axudan as tendencias do mercado, segundo a dirección. A calidade do seu punto, custosa na produción, non permitía moita rendibilidade cando os escaparates das grandes superficies están invadidos por prendas de ‘usar e tirar’. VARIOS INTENTOS Este escenario de difícil retorno para a compañía, fundada en 1959, prodúcese tras varios intentos de reflotar. En 2015 obtivo unha axuda de XES Galicia, o Banco Pastor, accionistas e traballadores, cun ERE que afectou a uns 40 empregados. Cambiaron case todos os mandos intermedios e trataron de diversificar a gama de produtos. Pero o resultado non foi o esperado, segundo a dirección polo

“descoñecemento no manexo dos talleres externos contratados, basicamente localizados en Portugal”. Xa neste 2016, unha achega de 1,5 millóns de euros por parte dos accionistas tratou de paliar as perdas pola redución de vendas do ano pasado. Pero novos sucesos como a cancelación unilateral das liñas de financiación por parte do Banco Pastor e a negativa das aseguradoras para seguir cubrindo a compra de materias primas derivaron á presentación do concurso voluntario de acredores. OUTROS XESTORES? A dirección de Viriato expón que a liquidación podería servir para a “eventual entrada doutros posibles interesados na xestión da marca”. Non obstante, admite que a decisión, que califica de “difícil”, ocasiona prexuízos a accionistas, empregados, talleres externos da zona, comerciais, distribuidores, provedores e clientes. Por último, Alejandro Ríos ofrece manter a colaboración coa Xustiza e a administración concursal para “encontrar a mellor alternativa e poder manter a actividade industrial na poboación de Ordes”.

Un axente de cobro, diante da fábrica

ÁMBITO POLÍTICO Mentres na rúa se dá por feito a perda dun cento de postos de emprego directos, no ámbito político sucédense as declaracións e xestos. O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, advertiu, en declaracións a RNE, que a empresa xa lle informara das dificultades para financiarse e que os traballadores xa lle comentaran “que non había sistema organizativo que lles permitise saír para adiante”. A nivel autonómico, o BNG e En Marea emprazaran uns días antes á Xunta a implicarse na busca dunha solución.

COMARCA

Unha xornada para impulsar o autoemprego entre as mulleres

solucións informáticas

‘Emprende en feminino: un camiño á igualdade’ foi o nome dunha xornada organizada polo Concello de Ordes e a Federación Nacional de Autonómos, en colaboración coa Mancomunidade de Ordes e o seu Centro de Información á Muller. Nesta iniciativa de formación e divulgación participaron unhas

trinta mulleres de diversos puntos da comarca, que presentaban diferentes perfis profesionais. A xornada, clausurada pola concelleira Ana Soneira, tivo como propósito esencial promover o autoemprego por parte de mulleres con dificultades no acceso ao mercado laboral, especialmente do rural.

Na iniciativa de emprendemento participaron arredor de trinta mulleres

Asesoramento Técnico Síguenos en

Solucións Empresariais á medida Servizo de Asistencia Técnica

Verónica Dono

Mantementos Integrais (Hard/Soft) Solucións de Seguridade Reparación de Smartphones e Tablets Redes e Conectividade Venda de Ordenadores e Periféricos Software de Xestión Comercial Rúa da Canteira, 16 - 15680 ORDES (A Coruña) Telf: 981 697 855 / Móvil: 609 377 922 Fax: 981 97 35 62 / atx@atx-informatica.com

www.atx-informatica.com

2 GAFAS GRADUADAS CON ANTIREFLEJANTE desde

97 €

2 GAFAS PROGRESIVAS CON ANTIREFLEJANTE desde

197 €

TU ÓPTICA DE CONFIANZA Rúa Recreo nº 9 ORDES - Telf: 981 685 045


12

Crónicas - Novembro 2016

xente dE aquí OROSO

FRADES O xurista, soterrado en Gafoi, foi un dos creadores das Irmandades da Fala

A Aula Cemit ofrece vinte cursos gratuítos a distancia sobre novas tecnoloxías

Homenaxe a Lois Porteiro Garea na Facultade de Dereito de Santiago

A Aula Cemit de Sigüeiro ofrece vinte novos cursos de formación a distancia sobre diferentes temáticas. Todos eles son de balde e están relacionados coas novas tecnoloxías da información e da comunicación. Os distintos cursos teñen unha duración mínima de catro horas e máxima de dez horas. Segundo informa o Concello de Oroso, pódense efectuar en calquera momento, sen necesidade de que haxa unha convocatoria formal. A utilización de tabletas, cámaras dixitais, teléfonos de última xeración e outros dispositivos electrónicos son algúns dos contidos ofertados, xunto con outras materias como as redes sociais, o comercio electrónico, a creación de blogs ou o manexo da facturación electrónica. O curso remata cun exame presencial na aula Cemit, que permitirá obter un diploma de realización. Tamén están previstas xornadas presenciais de apoio.

O xurista e catedrático galeguista Lois Porteiro Garea foi homenaxeado na Facultade de Dereito de Santiago, co descubrimento dunha placa de homenaxe no primeiro andar do centro universitario. Ademais, unha exposición na propia facultade divulgou a figura do intelectual, soterrado no cemiterio de Gafoi. Porteiro Garea foi a primeira persoa en pronunciar un discurso en galego no seo da Universidade. Desenvolveu un labor fundamental na defensa da cultura galega e na creación, fai cen anos, das Irmandades da Fala. A exposición recolleu a súa biografía mediante múltiples fotografías e diversos documentos académicos, políticos e persoais. Entre eles, a súa tese doutoral, cadernos de anotacións, discursos e artigos dos xornais da época. O acto de homenaxe contou coa presenza do rector da Universidade de Santiago, Juan Viaño; o decano de Dereito, Gumersindo Guinarte; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; o secretario xeral de Política Lingüística da

Descubrimento dunha placa de homenaxe no centro universitario compostelán

Xunta, Valentín García; o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; e o profesor emérito Gómez Segade, entre outros. Todos eles destacaron a importancia da figura de Porteiro Garea. En palabras do presidente provincial, González Formoso, persoeiros como

el “contribuíron a facer de Galicia o que hoxe é”. Formoso fixo tamén fincapé nas liñas de colaboración entre a institución que preside e a USC nunha “aposta pola educación, a cultura e o coñecemento, que é un piar fundamental dun país de progreso”, manifestou.


Crónicas - Novembro 2016

13

XENTE DE AquÍ COMARCA Programas de conciliación, campamentos e celebracións toman a temática da festa máis destacada do outono

O Samaín aséntase na axenda festiva da comarca A celebración do Samaín vai gañando forza ano tras ano nas distintas actividades municipais. Os nenos e nenas que participaron en programas de conciliación, obradoiros e festas da entrada do mes de novembro víveno como unha especie de segundo entroido, con disfraces e motivos gastronómicos especiais destas datas. Sen embargo, as referencias do Samaín distan bastante dos motivos carnavalescos. Sen ir máis lonxe, coa transgresión á difusa liña entre os vivos e os mortos. De feito, os esqueletes e os monstros foron habituais nas diferentes celebracións, que non evitan a influencia do Halloween anglosaxón como festa análoga. En Ordes, a iniciativa de conciliación Happy Halloween Camp ofreceu xogos, excursións e disfraces. En Oroso, unha proposta xemelga, tamén da man da Escola Con Talento, tivo como culminación unha festa con obradoiros de maquillaxe, fotomatón específico e a decoración do centro cultural de Sigüeiro con cabazas. Un traballo semellante efectuárono en Tordoia os nenos e nenas do Punto de Atención á Infancia.

Participantes do Happy Halloween ordense, con disfraces

Festa do Samaín no Punto de Atención á Infancia de Tordoia

Obradoiros, disfraces, xogos, merendas especiais e decoracións temáticas formaron parte do Happy Halloween en Oroso

PRESENTACIÓN DO LIBRO 25 de novembro, ás 20:30 horas, no centro cultural Fernando Casas e Novoa de Sigüeiro

EXPOSICIÓN

Centro cultural Fernando Casas e Novoa ata o 2 de decembro

coa cultura


14

Crónicas - Novembro 2016

xente dE aquí MESÍA

ORDES

Nova actuación de FalaRedes na Casa da Cultura de Mesía

Vinte criaturas no obradoiro práctico de reflexoloxía podal

O espectáculo, con entrada de balde, pretende dar acceso ao teatro en galego

O obradoiro levouse a cabo no local social da Rúa da Reconciliación, en Ordes

O espectáculo ‘O rueiro das liortas’ encheu de público a Casa da Cultura de Mesía. Foi unha actuación do programa de dinamización lingüística FalaRedes, que promove a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta e na que colaboran Concellos da Rede de

Uns vinte bebés participaron no obradoiro práctico sobre reflexoloxía podal organizado en Ordes. Durante catro horas, os familiares que os acompañaron obtiveron coñecementos sobre as zonas reflexas dos pés dos cativos e cativas.

Dinamización Lingüística. Esta iniciativa, con entrada de balde, pretende que o público teña acceso ao teatro en lingua galega. O propio secretario xeral, Valentín García, acudiu á representación da peza, a cargo da compañía Elefante Elegante.

Entre outros contidos, aprenderon técnicas que poden axudar a solucionar cuestións como cólicos lactantes, refluxos, catarros, otites, farinxites ou dificultades para conciliar o sono. O obradoiro tivo un custo de 50 euros para cada participante.

OROSO

ORDES

Un espectáculo reúne medio cento de menores de tres anos

Amigos da Canceira e o Concello colaboran na educación de cans

O espectáculo propicia que os cativos entren no espazo escénico

As clases desenvolvéronse na antiga escola unitaria de Merelle

Criaturas de ata tres anos de idade de Oroso acudiron ao espectáculo ‘A alfombra máxica’, específico para a súa idade. Foron unhas cincuenta familias en total, distribuídas en dúas quendas. Esta representación está deseñada para contribuír ao desenvolvemento sensorial e motriz dos nenos e nenas. Guiados pola actriz Mirari Urruzola, poden adentrarse

A Asociación de Amigos da Canceira Segunda Oportunidade e o Concello de Ordes ofreceron un curso teórico-práctico de adestramento canino básico, no que participaron máis de trinta persoas. Durante unha xornada, impartíronse as clases na antiga escola unitaria de Merelle. Os participantes adentráronse no manexo dos cadelos e en como é o seu proceso

no escenario para tocar diversas texturas, crear sons, percibir e distinguir diferentes olores, ou adentrarse nun bosque ficticio. Segundo os cativos se van adentrando no espazo teatral, os seus proxenitores son os únicos que quedan como público. A función ten tamén actuacións de monicreques e música para manter a atención dos pequenos.

de aprendizaxe. O persoal que o impartiu, pertencente ao Centro de Formación Montegatto, centrouse nos problemas máis habituais nesta etapa e resolveu as dúbidas do alumnado. O curso contou coa presenza de Ana Soneira, concelleira de Medio Ambiente de Ordes, que se interesou polas clases e a valoración dos asistentes.


Crónicas - Novembro 2016

15

XENTE DE AquÍ

to x e t e d s o r b i L lar Material esco

C/ Ramón Ferreiro nº 2 - ORDES Telf: 981 681 394

FRADES - OROSO Contaron con explicacións dun experto, recolección e degustación

TORDOIA

Saídas de micoloxía nos montes da zona

Cursos de arte floral, plantas mediciñais e técnicas de apicultura

Frades e Oroso desenvolveron senllas xornadas micolóxicas, coa participación dunhas vinte persoas no primeiro caso e máis de medio centenar en Oroso. Nos dous casos, o biólogo Martín Souto ofreceulles unha explicación teórica. Despois, saíron ao monte, participaron en degustacións e expuxeron os exemplares recollidos.

O percorrido polo monte en Oroso non tivo este ano dificultades meteorolóxicas

Mostra da recolección en Oroso

Unha participante na saída ao monte en Frades amosa o seu cesto

Tordoia programou nas últimas semanas varios cursos prácticos, que prevía desenvolver desde mediados deste mes de novembro ata finais de ano. Son iniciativas de formación organizadas polo Concello e subvencionadas pola Deputación da Coruña e pola Xunta. A participación en calquera das tres actividades resulta de balde, se ben as prazas ofertadas eran limitadas. Unha das propostas foi un curso de arte floral, no que quen participe poderá aprender a combinar flores e a elaborar arranxos florais de maneira esteticamente adecuada. Tamén se convocou un curso sobre plantas mediciñais, no que se pretende divulgar as propiedades de especies existentes na contorna e describir posibles utilidades para o benestar persoal. E unha terceira opción era un curso de iniciación á apicultura, para o que o Concello tordoiés contou coa colaboración de persoal da Asociación Galega de Apicultura (AGA) para impartir as clases.

stos e u p u o Pres promis om sin c

A DOENZA CENTRO DE MASAJE

EN CERCEDA. Telf. 651 421 118

Revisiones gratuitas

Salud Bucal

Clínica Dental

• Odontología General y Estética • Ortodoncia • Prótesis sobre implantes • Extracciones molares del juicio • Colocación de implantes • Apicectomías

Eduardo Pondal, 11 Bajo. ORDES

981 680 320 - 620 822 531


16

Crónicas - Novembro 2016

xente dE aquí COMARCA

ORDES No primeiro cabodano do seu falecemento, instalan un busto de lembranza

Entregados os diplomas do curso de lingua galega impartido pola Mancomunidade

Ramiro Recouso, para sempre no paseo fluvial ordense

Entrega dos diplomas do curso

O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes entregou os diplomas do curso de nivel básico Celga. Durante un mes, alumnado de procedencias tan dispersas como Cataluña, Colombia, Brasil, Arxentina, Venezuela, Marrocos e Galicia, asistiron ás clases nas que aprenderon as nocións elementais para comezar a manexar o noso idioma. Susana García, deputada provincial e concelleira en Ordes, presidiu a entrega, felicitou o alumnado e destacou a importancia da certificación das competencias idiomáticas en galego.

Un busto de bronce, obra do escultor Suso León, recorda a Ramiro Recouso Liste no paseo fluvial de Ordes. É unha nova mostra de homenaxe e lembranza do Concello ao histórico concelleiro do BNG, cadrando co primeiro cabodano do seu falecemento. Integrantes da corporación, co alcalde de Ordes á cabeza, compañeiros, amigos, familiares e veciños e veciñas acudiron ao acto de descubrimento da figura. Tamén a vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín. Os familiares agradeceron “as continuas mostras de afecto e cariño que se levan sucedendo por parte do pobo de Ordes”. O rexedor de Ordes sinalou na súa intervención “a importancia que Recouso Liste tivo como político, pero sobre todo como home e persoa”, que segundo Martínez Sanjurjo deixou unha fonda pegada no pobo que se debe recordar.

O acto de descubrimento do busto de lembranza ao edil do BNG foi moi emotivo

MESÍA

TORDOIA

A excursión polas Rías Baixas suma uns 150 participantes

Xente de Tordoia sácalle todo o partido ao móbil cun cursiño

A viaxe ofreceu un paseo en catamarán, con degustación de mexillóns

A excursión ás Rías Baixas organizada polo Concello de Mesía contou coa participación de 150 persoas. Un dos primeiros destinos da viaxe foi Vigo, onde tiveron ocasión de coñecer durante a mañá o afamado Mercado da Pedra, entre outros lugares da cidade olívica. Pero un dos principais atracti-

vos da viaxe viría despois, coa visita á vila do Grove, xusto na xornada na que se celebrou a multitudinaria Festa do Marisco. A maiores, durante a tarde os viaxeiros efectuaron un paseo en catamarán navegando pola ría, onde participaron nunha das clásicas degustacións turísticas de mexillóns.

O alcalde, Antonio Pereiro (primeiro home pola esquerda), entregou os diplomas

Veciños e veciñas de Tordoia participaron recentemente nun curso de manexo de telefonía móbil. Durante un mes, as clases servíronlles para aprender a utilizar aparellos de pantalla táctil, conectarse á rede e utilizar diferentes aplicacións nos terminais máis modernos. Ademais deste cursiño, o Concello programa cursos de informá-

tica e de técnicas de busca de emprego. Neste último, as persoas interesadas poderán aprender a buscar traballo utilizando a web. Quen teña interese en participar nestas propostas ou coñecer con detalle as actividades programadas pode chamar á Casa da Cultura de Tordoia (981 68 30 06) en horario de catro da tarde a nove da noite.


Crónicas - Novembro 2016

17

XENTE DE AquÍ ORDES O acto de recordo leva celebrándose cada ano desde 1989

ORDES

Homenaxe militar, relixiosa e política ao Soldado Lois

Comezan as clases do novo curso de preparación para obter a titulación da ESO

A homenaxe anual a Manuel Lois García, coñecido como o Soldado Lois, proseguiu celebrándose este ano en Ordes, como cada día de Todos os Santos desde 1989. A xornada comezou coa sinatura no libro de honra do Concello por parte do Coronel Comandante do Terzo Norte da Mariña do Arsenal de Ferrol, Carlos Pérez-Urruti. Era a primeira vez que acudía a presidir este acto. Logo, a comitiva de políticos, militares, forzas de seguridade e veciñanza trasladouse a pé ata o cemiterio do Piñeiro. Tras unha misa a cargo do párroco castrense, o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e o alto mando da Mariña colocaron unha coroa de loureiro na tumba monumento erixida na memoria do militar, condecorado coa Cruz Laureada de San Fernando. O Soldado Lois recibiu tal distinción en 1939, como recoñecemento por entregar a súa vida para salvar as dos seus compañeiros nun ataque naval na costa alxeriana en 1937.

Desde mediados de novembro está en marcha en Ordes un novo curso de preparación para as probas de obtención da titulación da Ensinanza Secundaria Obrigatoria (ESO) por parte de persoas adultas. O horario das clases, na Casa da Cultura, vai de 19 a 21 horas. Cada participante ten que pagar 18 euros mensuais. O Concello destaca que estas convocatorias contan cunha importante cantidade de alumnos e uns bos resultados finais. Como exemplo, cita que para a convocatoria do pasado mes de agosto asistiron trinta persoas, das que o 80 % logrou o aprobado. Especialmente elevados foron os resultados das probas da área científica e tecnolóxica, onde o curso ordense obtivo un 90 % de resultados satisfactorios. Nas materias relacionadas coa lingua e os contidos sociais o nivel quedou no 80 %, moi bo en todo caso e dos mellores da provincia.

COMARCA

ORDES

Ata o 23, anotacións en Xuntos polo Nadal

Servizo de balde para evitar problemas do 4G na TDT

Este 23 de novembro remata o prazo para inscribirse no programa Xuntos polo Nadal. Nesta iniciativa poden participar persoas maiores que estean soas nas festas navideñas, ás que se lles ofrecen 240 prazas en toda Galicia para unha estancia desde o 23 de decembro ata o 2 de xaneiro na residencia de tempo libre do Carballiño.

O Concello de Ordes divulga a existencia dun servizo gratuíto para solucionar os problemas que a extensión da tecnoloxía 4G pode ocasionar na recepción das emisións da Televisión Dixital Terrestre (TDT). Toda a información sobre como restablecer o servizo da TDT pódese obter no teléfono 900 833 999 ou a través da páxina web www.llega800.es.

CIVIL.- divorcios, pensiones de alimentos, herencias, arrendamientos, etc. ADMINISTRATIVO.- urbanismo, expropiaciones, concentración parcelaria, etc. MERCANTIL.- cláusulas suelo, concurso de acreedores, sociedades, etc. PENAL.- denuncias, querellas, delitos urbanísticos, medioambientales etc

www.rivasromero.es ORDES. Todos los miércoles, de 16:00 a 20:00 horas. Rúa do Muiño, 18. 1º B Previa cita: 981 594 339

SANTIAGO DE COMPOSTELA. Lunes a viernes, de 16:30 a 20:00 h. Rúa do Hórreo, 19. Escalera A. 5º D Previa cita: 981 594 339

Materiales de construcción Saneamiento Telf: 981 68 11 21 Fax: 981 68 26 98 Fertilizantes

Balado, 48 ORDES (A Coruña)

pampin@ahpampin.com

CLICKFER HNOS. PAMPÍN FERRETERÍA

Recreo, 54 ORDES (A Coruña)

Telf: 981 68 22 61 Fax: 981 10 87 97 pampin@ahpampin.com


18

Crónicas - Novembro 2016

xente dE aquí MESÍA

ORDES

Catro semanas de termalismo dedicadas a mellorar a saúde

Un magosto, primeira acción da asociación para as festas

Parte dos participantes nas saídas ao Balneario do Concello de Mesía

O magosto celebrouse no local social municipal da Rúa da Reconciliación

As saídas ao Balneario de Guitiriz programadas polo Concello de Mesía durante os catro venres do mes de outubro contaron coa participación de 35 persoas. Esta actividade serviulles para participar nun tratamento que inclúe a utilización da piscina de

A asociación creada recentemente para organizar as festas patronais de agosto en Ordes celebrou a súa primeira actividade pública. Consistiu nun magosto no local social municipal, no que actuou o grupo de gaitas Embruxo, e tamén se ofreceron obradoiros

TORDOIA

Celebran os cumpreanos de dúas centenarias Tordoia celebrou nas últimas semanas os centéismos cumpreanos de Carmen Fosado Pombo e de Margarita Liste Vázquez. Fosado (imaxe superior) é veciña do lugar do Barral, na parroquia de Viladabade, e cumpriu os cen anos o 28 de outubro. Liste, do lugar das Abeleiras, en Bardaos, celebrou o seu aniversario o 11 de novembro (imaxes inferiores). Nos dous casos, celebraron senllas festas nas que estiveron acompañadas por familiares. Non faltaron as tartas coas velas de tres díxitos. O alcalde tordoiés, Antonio Pereiro, achegouse aos domicilios das dúas veciñas para felicitalas polo seu cumpreanos. Acudiu acompañado por concelleiros do seu grupo de goberno

chorros, o jacuzzi, as tumbonas e outros espazos da instalación termal do concello lucense, limítrofe con Curtis. Dentro do programa municipal ‘Deporte é saúde’, o Concello anuncia novas saídas deste tipo para antes da Semana Santa.

e animacións infantís, xogos tradicionais con materiais de refugallo e outras propostas. O grupo, que con estas accións pretende recadar fondos para as festas, tamén puxo á venda a súa lotaría de Nadal. Xoga os números 88464 e 07426.

OROSO

Unha charla explica como practicar os primeiros auxilios en caso de emerxencia

Entrega dos diplomas do curso

O ciclo dos ‘Martes Saudables’ do Concello de Oroso congregou unhas trinta persoas na charla sobre primeiros auxilios. Impartida por María Amparo González, médica asistencial do 061 na Coruña, serviu para que os asistentes aprendesen como actuar e a quen dirixirse ante unha situación de emerxencia. A especialista explicou tamén os síntomas dun posible infarto, un ictus ou unha arritmia e que se pode e debe facer antes de que os profesionais sanitarios cheguen a atender a persoa afectada. Os Martes Saudables seguen o 13 de decembro con musicoterapia.


Crรณnicas - Novembro 2016

19

PUBLICIDADE


Crónicas - Novembro 2016

20

xente dE aquí

“Almas da noite, filhos do rock’n’roll”. Música e antagonismo social na comarca Texto de homenaxe de Carlos C. Varela a José A. Regueiro, ‘Tabe’, veciño de Meirama e baixista da banda de rock galego Zënzar, falecido o 2 de novembro A Tabeaio “O primeiro em pronunciar o ritmo dos movimentos de rebelión é, em toda a parte, a mesma coluna sonora; que aos movimentos nom lhes serve só de fundo, senom de isca: porque antes de nada é ao redor da música como se acende aquela temperatura ardente e esse espírito de rebelión que alimenta depois o imaginário político e cultural dos movimentos”. Franco Bolelli, A revoluçom cultural da música A antropóloga Marisol de la Cadena adverte que “na medida em que justamente nom todas as relaçons de antagonismo encontram a sua expressom através da política, nom toda sociedade organiza tampouco os antagonismos políticamente” (1). Tal era até há bem pouco o caso da comarca de Ordes, onde desde há décadas a música proporcionou à mocidade disidente algo que nom lhe dava a ‘política’: um campo de batalha para a rebeldia, umha escola de antagonismo. Sem muitos ‘-ismos’ nem microidentidades partidárias à mao, sem um nível de autoorganizaçom que si havia em comarcas semelhantes, como na da Estrada, na de Ordes e radicalidade expressou-se antes por ritmos do que por discursos. Simplesmente eras do rock (e mais tarde tamén do hip-hop) ou da música comecial, do Badulaque ou de LP45, da diversom canônica do entruido homologado ou da greve humana permanente; “os engominados de discoteca contra os melenudos dos porros”, em certeira explicaçom dum amigo. É difícil saber quando começou todo. Numha visita carcerária do Astrónomo de Queixas, o nosso galego na rádio libre Hala Bedi, emocionamo-nos com a ideia de fazer un aarquivo destas biografias sonoras. Há modelos mui interessantes, como a história oral dos Diplomáticos de Monte Alto, que fijo o Rodri Suárez (2); ou Tropikales y radicales. Experiencias alternativas y luchas autónomas en Euskal Herria [1985-1990], livro de Jtxo Estebaranz (3) que fazia memória das rebeldías vascas, intercalando bandas sonoras e muito material gráfico da época: cartazes de concertos, fanzines, carátolas de discos… Por onde começar? Os mitos fundacionais recordam a chegada de Xurxo Souto a Cerzeda para traer a boa nova da eletrificaçom das guitarras e o rock em galego. Os indígenas parece ser que lhe contestarom que chegava tarde, que ali já se começou a fazer isso a finais dos ’70, num cortelho de Queixas onde se ensaiava prévia saca de gado à eira. Outros situam o antes e depois no festival punk ‘Desordes en Ordes’, com grupos como Kruze de Kables, que tamén deu numha maqueta. Foi lá polos últimos anos da década de ’80. Ainda se poderia –sempre se pode- retroceder mais à procura dos precursores da revolta musical: eis a efervescencia cultural da II República, com nomes próprios com o diretor da Banda de Ordes Higinio Cambeses, detido pola sua solidaridade com os presos políticos; ou Pedro do Serrador, clarinetista e à postre guerrilheiro anti-fran-

quista. Seja como for, a música foi-se configurando na comarca como a principal escola de dissidência. Em Cerzeda, o primeiro foco irradiador, o rock traia ecos da resistência das Encrovas, sem a qual nom se podem entender muitas cousas. Entre Zënzar –primeiro chamados Mördor- e o Festival de Rock organizado pola A.C. Lucerna formou-se umha canteira de longa duraçom da qual nom param de sair novas bandas; rapazes que com a ilusom de tocar no festival davam os primeiros passos, e com o tempo calhárom em algumhas das propostas mais consolidadas do panorama galego, como Machina no metal ou Gendebeat, o home-orquestra moderno que inventou o beat box en galego. O núcleo musical, aliás, vertebrava as intervençons noutros ámbitos: defesa da língua e cultura popular, Entruido, anti-caciquismo e, sobretudo, defesa da Terra contra Sogama e a “merda que vem no tren”. Ainda, o trabalho de Bocixa e do Astrónomo na RTV de Cerzeda desbordava amplamente as margens que se lhe supunham a umm meio de comunicaçom local e institucional. No outro foco, a capital da comarca, os movimentos sociais tiveram mais tradiçom. Nos anos da chamada Transiçom a A. C. O Terruño (1975-1984) foi um movimento vizinhal e cultural que realmente mereceu a qualificaçom, hoje tam gastada, “de massas”. Nela auto-organizou-se a vizinhança que estava a sair da longa noite de pedra, abordárom problemas urgentes como o dos direitos das mulheres, publicarom um boletim informativo mui crítico e organizavam a Feira da Cultura Popular Galega, com grandes momentos como a representaçom teatral de Vidal Bolaño à luz do carburo. O movimento foi esmorecendo ao ser reabsorbido polo nascente sistema de partidos, que visava monopolizar a política e encaminhá-la exclusivamente à via institucional. Os principais dirigentes foram coaptados como quadros destes partidos e o que antes se fazia desde a auto-organizaçom autónoma passou a ser delegado em concelheiros. A seguinte vaga movilizadora importante foi a nucleada pola Associaçom Reintegracionista de Ordes (ARO), primeiro grupo reintegracionista de base em todo o país, cujo rádio de açom ia para além do ativismo linguïstico, e que tamén tivo as suas publicaçons periódicas, onde se ecoam outras lutas como a sindical na fábrica de Viriato. De maneira parecida a como sucederá com O Terruño, chegou um momento em que para criar e manter o BNG local as suas ativis-

tas tiverom que concentrar na política de partidos os seus esforços, e a ARO nom tivo continuidade. Ou polo menos como tal, porque a AC. Obradoiro da História, senlheira no movimento da recuperaçom da memória histórica, e o seu alma mater Manolo Paços, venhem de algum jeito de aquela experiência, que tamén deixou herdançasa em cousas como na opçom reintegracionista de bandas como O Chícharo Psicótico. Histórias cíclicas de movimentos autónomos recuperados na forma-partido… O que nom houvo maneira de recuperar, afortunadamente, foi o rock, expressom em Ordes de algo parecido ao que Hobsbawn chamou “rebeldes primitivos”. Umha das bandas de mais calado na comarca foi Kastomä, saída do ecosistema da tribo rururbana dos “heavies de merelhe”, aldeia convertida em bairro polo crescimento urbanístico onde se podiam ver graffitis tam sugerentes como um enorme “Motorhëad” com letras caligráficas, no muro dumha horta. Noutro bairro smirrural, o Paraiso, um desporto minoritário como o hóquei patins colhia tintes contra-culturais, ainda que só fosse porque desafiava a monocultura futebolística e fortalecia a comunidade. Na década de ’90 podiam-se ver cenas tam curiosas como um grupo de rapazes a jogar ao hóquei no meio da rua, com dous contentores deitados a modo de balizas. Os encontros de liga, especialmente os derbies contra o Liceo da Corunha, eran como esses desportos da luta de classes que Owen Jones bota em falta no moderno futebol inglês (4). O pavilhom do Castelao vibrava de aquelas com cânticos contra o clube corunhês, nom tanto por ser um dos mehores do mundo quanto por ser emblema de burguesia corunhesa. “Ellos dicen: ‘Son gamberros’/pero lo nuestro es política”, cantava La Polla Records. Ainda, por volta do hóquei os siareiros autoeditavam um fanzine de muito mérito, que mesmo incluia umha seçom de banda desenhada obra de Gonzalo. O boom da movida ordense, que converteu a vila em centro de ócio noturno, precipitou a apariçom de locais alternativos à monotemática oferta de música disco e latina (na altura irreapropriável para o protesto social). No meio de tam ingente ecosistema de locais noturnos, mantinham o pulso pubs legendários como o Badulaque, com rock ao vivo, e mesmo locais reggae como o Selassie. Se a juventude contestatária ordense nom tinha muito ‘-ismo’ rebelde entre o qual escolher, si tinha polo menos um amplo abano de ritmos rebeldes. Nom acabavam de calhar formas organizadas de ativismo juvenil, mais lá dumha intermitente Galiza Nova, mas um ambiente antagónico flotava por toda a parte; como nas paredes dum pub onde se podia ver um autocolante bem curioso: a reproduçom facsimiliar dum comunicado da IV Agrupaçom do Exército Guerrilheiro da Galiza reivindicando unha açom que tivera lugar na comarca sesenta anos atrás. E ao lado, se calhar, umha foto de Hendrix. Isso era Ordes, umha gue-

rrilha difusa sempre na folha do gume, entre o niilismo e a rebeldia. Com a chegada da nova língua franca do ghetto, o hip-hop, Ordes renovou o seu antagonismo social e de passo –mais lá da piscadela primeira de Os Resentidos- inventou o rap em galego. Cousas estranhas numha vila onde os semáforos conviviam com o gado: muros que berravam, com um novo cuidado estético (5), cousas como “Fraga, vai trabalhar a Canárias!”, muito antes de que o graffiti se torna-se umha arte legítima e vías de museificaçom; intercámbios de revistas de arte urbana nos tempos pré-internautas; e um grupo de rapazes que vinham às passantias de Ana com cassettes gravados com algo nunca ouvido, que recordava vagamente às regueifas dos velhos e que depois reelaboravam com sotaque galego num cortelho de Penelas. Há muito por cartografar nesta revolta contagiosa. Som já centos de concertos e de letras, um trono metálico que se extende polo proto-centro social O Tiçom de Messia; os Ith, no eixo roqueiro que tira para Xanceda e Teixeiro; o Meigas Fora de Poulo e a Revoltosa de Santa Cruz, incluindo o igualmente protocentro social de Montaos na Pontragha; o pub Non Sei da Silva; o Festival das Flores e o rock (e cinema!) série B de Sigüeiro; o mais joven Som de Traço… Plus de bruit! NOTAS: 1. Marisol de la Cadena, “Política indígena: un análisis más allá de “la política””, WAN-ejournal, nº4, abril 2008. 2. Rodri Suárez, Non temos medo. Historia oral de Os Diplomáticos de Monte Alto, Nicetrip ediçom autogerida, 2014. 3. Jtxo Estebaranz, Tropikales y radicales. Experiencias alternativas y luchas autónomas en Euskal Herria [1985-1990], Bilbau, Gatazkaren aztarnak, 2007. 4. Owen Jones, The Demonization of the Working Class, N/E, 2011. 5. E é que o graffiti já tinha praticantes em Ordes na década de 1940, quando os colaboradores do Exército Guerrilheiro, Luciano Concheiro e Manuel Astray, encheram a Avenida Alfonso Senra e o mesmíssimo quartel da Guarda Civil de consignas anti-fascistas. Conta-o um dos protagonistas em: Manuel Astray Rivas, Síndrome del 36. La IV Agrupación del Ejército Guerrillero de Galicia, Sada, Ediciós do Castro, 1992.


Crónicas - Novembro 2016

21

DEPORTES MOTOR O piloto de Trazo fixo valer a súa veteranía e experiencia ao longo das sete probas do certame

Ríos, campión galego de autocross Mario Ríos é o novo campión galego de autocross na categoría de máis de 1.600 centímetros cúbicos. O piloto de Trazo impuxo a súa veteranía e experiencia ao longo das sete probas do certame.. Da tempada, Ríos destaca como unha das probas máis difíciles a do circuíto municipal de Carballo. Cando estaba liderando a competición, iniciouse un incendio no ventilador do seu vehículo, pero aguantouno e logrou cruzar a meta na primeira posición. No circuíto de Viduedo, en Ourense, Ríos viviu outro dos importantes retos da campaña. O novo trazado, de 800 metros de asfalto e de só 400 metros en terra, non era favorable para un piloto máis afeito á terra despois de tantos anos. Con todo, logrou ser segundo e proclamouse xusto nese momento campión galego. Mario Ríos compite cun Seat Ibiza 1.8 turbo, cunha potencia de 280 cabalos. A preparación do vehículo efectúase en cada carreira en Talleres MR de Sigüeiro. O coche sérvelle tamén para participar no rallymix de terra, categoría na que tamén lidera

Arriba á esquerda, o Seat Ibiza de Ríos. Sobre estas liñas, o piloto de Trazo erguendo o seu trofeo de campión. Abaixo, amago de incendio no ventilador do coche cando competía en Carballo.

o campionato galego na agrupación 4, a falta da última carreira do calendario en Santa Comba. O triunfo deste ano enriquece o palmarés de Ríos, que xa fora campión de España da Copa Golf en rallyes de terra nos anos 2011 e 2012, consecutivamente.

KÁRATE

XADREZ

Emma Núñez, campioa galega por décima vez consecutiva

Pena gaña o sub-16 en Ortigueira

A cercedense Emma Núñez proclamouse campioa galega de kárate no Campionato Galego Cadete Júnior sub-21 disputado hai uns días en Ferrol. Aos seus quince anos, é a décima vez consecutiva que logra un ouro nunha competición de ámbito autonómico. A final disputouna contra outra compoñente da selección galega, vencendo por 3-2. Nos dous enfrontamentos previos, impuxérase ás rivais por 5-0. Xa na fase previa inicial obtivera a máxima puntuación das dezaoito competidoras. O próximo reto da deportista de Cerceda será o Campionato de España, que se celebra estes 26 e 27 de novembro en Tenerife. Para Núñez, que recentemente foi designada polo Concello de Cerceda como Deportista Destacada de 2016, é o sexto ano como integrante da selección galega. Núñez fai unha valoración positiva deste ano en canto á súa participación en torneos de ámbito nacional e internacional. Entre os lo-

Martín Pena recibe o trofeo de mans do alcalde de Ortigueira, Juan Penabad (e)

Emma Núñez, no máis alto do podio

gros, os campionatos galegos en kata, en kumite por equipos, un ouro no Torneo de Monçao, e bronces nos internacionais de Oporto, Vila das Aves e Teresa Herrera.

Martín Pena Varela, xogador do Club Xadrez Oroso, proclamouse campión sub-16 no Torneo de Xadrez Concello de Ortigueira. Ademais, na clasificación xeral quedou terceiro, empatado a puntos co segundo, Manuel Ruiz Bellón, nunha competición que lide-

rou David Buitrón Ramil. O xadrecista de Oroso, de catorce anos, só perdeu unha ronda contra o número un do ránking absoluto. Comezou sexto do ránking da categoría absoluta e rematou terceiro. O torneo serviulle para subir 30 puntos en ELO FIDE.


22

Crónicas - Novembro 2016

OPINIÓN

Syra Alonso e o Diario de Tordoia Por Carlos C. Varela No próximo 25 de novembro celébrase o Día da Non Violencia Contra as Mulleres, magnífica ocasión para recordar a vida dunha valente, á que o terror franquista non puido roubar a alegría: Syra Alonso. A vida desta coruñesa nada no ano 1899 foi parella á do seu compañeiro, o pintor Francisco Miguel. Xuntos viaxan por París, Cuba e México, facendo amizade cos artistas máis innovadores do momento: Picasso, Braque, Rivera, o cineasta Eisenstein, o escritor Carpentier... Era unha vida bohemia que disgustaba á familia de Syra Alonso, encorsetada na moral burguesa, pero que ela viviu intensamente; mesmo se cre que foi a primeira muller en posar espida en Galiza. Co renacer cultural do período republicano Syra instálase en Oleiros, na “Casa da Felicidade”, e participa activamente no momento até o golpe fascista de 1936. Tras un tempo encarcerado, Francisco Miguel é “paseado” en Bértoa (Carballo). Naqueles días de terror, Unamuno dixéralle a Millán Astray que era como un in-

válido pobre de espírito que se sentía aliviado “vendo como aumenta o número de mutilados arredor súa”; tal foron os falanxistas que asasinaron o pintor, e que lle amputaron as mans.

que unha velliña tordoiesa botaba contra os falanxistas (“Eles tamén morren. Así Deus o queira! Amén!”), ou a esmolante de Bardaos que a consolou así un día no adro da igrexa:

Sumida nunha depresión, pero negándose a ser como aquelas viúvas que renegaron dos seus compañeiros, Syra mantívose firme nos seus principios. Atopábase cada vez máis cómoda entre o pobo que entre a súa clase social, á que culpaba da derrota: “todos os que tiñan un cargo temían armar o proletariado. E eles eran os chamados a defendelos”.

“Miña rosiña, luz do ceo. Es ti a mulleriña da que me falou Bartolo o taberneiro [un home da Izquierda Republicana]? Es a que lle mataron o seu homiño nas cunetas? Franco maldito! Maldito sempre polos homes, as mulleres e as crianzas. Debería estar comidiño polos animais grandes e pequenos, polas formigas e os elefantes. Amén! Así deus o queira!”.

No medio desa depresión trasládase a Tordoia, onde a súa tía Ana era mestra. Alí encontrarase mellor (“Por sorte nesta aldea non hai tricornios nin camisas con frechas”, escribe), e dedica o tempo a elaborar un diario, titulado Diario de Tordoia, que contén valiosas notas sobre o seu estado, a represión na zona, e tamén unhas saborosas notas etnográficas sobre a propia Tordoia e Vitre (Frades). Por estes textos sabemos das maldicións

O fillo desta señora, un mozo soldado, estaba preso en Lugo, porque ignorando a censura do correo escribiulle á súa namorada falando mal de Franco. Conta Syra que o rapaz sairía con graves doenzas do encerro, morrendo axiña por culpa delas. Tamén deixou constancia Syra Alonso, antes de marchar para o exilio mexicano, do saqueo que padecían as aldeas da comarca: “sabedores de que nas montañas galegas ha-

bía fartura de gando, aves e legumes, formaron brigadas para o asalto. Era dramático ver os labregos a destruíren á noite as súas colleitas aínda sen lograr, matando as aves, o gando, todo!, antes que as roubaren os ladróns de blusa azul, que era como chamaban os aldeáns aos falanxistas”. De feito, as labregas de cinco das parroquias de Tordoia acabarían amotinándose en novembro de 1943, mais esta xa é outra historia.


Crónicas - Novembro 2016

23

OPINIÓN

Albíscase un cambio Reflexións dun domingo de outono. Por Estrella Vázquez Varela Dende hai unhas semanas, parece que está empezando a chegar a cordura a este país: primeiro a todos os españois e logo aos galegos (aínda que ao mellor foi ao contrario). Esquecéndonos da orde, o realmente importante é que agora o sentir da xente está mudando e vemos que hai máis cores que o branco e o negro; por fin vemos que, aínda que temos un amplo abano de cores, cada unha coa súa maneira de pensar, sempre vai haber entre todas elas puntos semellantes, e outros que limándoos un pouco se parezan entre si. Os distintos medios de comunicación levan preto dun ano meténdonos tal enchente de intoxicación política que xa non podíamos máis. E o que era peor, fixéronnos crer que o entendemento entre as distintas formas de pensar era imposible. Co marabilloso que é o arco da vella con tantas cores, e os españois, de repente, querendo pintar só con un. Levamos séculos buscando e atopando o entendemento, e non podía ser que agora, de súpeto, este non chegara. Neste mundo cada vez máis globalizado, no que a información de

todo chega a todos os lados, os españois seguiamos enfrascados nun “no es no”, moitos querendo facernos crer que agora o que vale é o radicalismo e todo o que sexa contrario ó que está funcionando. Eu como espectadora sempre me preguntei: quen é o que ten tal sabedoría para discernir o que está ben do que está mal? Penso que todos teñen algo bo; entón, por que non xuntan todo o bo que poida achegar cada un e fan un arco da vella que poña o país no bo camiño? Xa sei… moitos estarédesvos preguntando: “e que é o que está ben?”. Pois todo o que achegue algo positivo á sociedade, veña de onde veña. Xa sei que os partidos emerxentes non teñen a experiencia doutros aos que xa lles tocou ser os que puxeran en marcha unhas iniciativas ou outras, pero poden expoñer ideas, axudar a mudar o que non está a funcionar, dar o seu punto de vista dende outra perspectiva, sobre todo a dunha xeración de mocidade inconformista, pero sen a pretensión de querer mudar o país dun plumazo. Iso non o fixo ninguén, nin o van a facer eles por moi radicais e extremistas que sexan.

Non é o mesmo falar na rúa e contarlle a cada un o que quere oír, que chegar as institucións e ter que administrar uns recursos limitados o máis equitativamente posible. Cantas veces escoitamos a un político dicir que se fora el o que mandara non faría tal cousa e logo cando lle tocou a el decidir fixo o mesmo que o seu antecesor (iso si, cambiando matices para facer crer que non era o mesmo)? O poder corrompe, sexa do lado que sexa, e iso está sobradamente demostrado. E agora, despois de tantos ruxerruxes, de tantas operacións aritméticas e de tantas consultas, parece que se albisca un cambio; parece que pode haber puntos que se complementen, que moitas cuestións só pasan por mudar algúns termos. Xa empeza a clarear arredor do arco da vella, o tempo irá definindo as cores e os españois miraremos o futuro con ilusión e tranquilidade, sen enfrontamentos inútiles. Novamente seremos os galegos os que marquemos ese inicio de normalidade, como o fixemos ao longo da pasada semana, na que cada grupo coa súa cor expuxo as

Conversaciones vecinales: Ordes languidece Por María Esther Couto Rivas La suma de los años es una operación aritmética que los seres humanos vamos aceptando de diferentes formas. Pero desde un punto de vista positivo, esta suma nos aporta experiencias, vivencias y una capacidad de análisis de la realidad, enriquecida por la perspectiva del tiempo. En Ordes, como en todos los municipios, se mantienen conversaciones vecinales: en las aceras, los bares, comercios, en las sobremesas domingueras, y en ellas se expresa esa sensación de languidez que venimos observando en la sociedad ordense. Estamos estancados. La estructura económica, tan debilitada año tras año por malas gestiones, está tambaleándose. Una economía que dependía tanto del sector de la construcción que tras la crisis no ha repuntado. O del sector textil, tem-

blando estamos con los negativos rumores acerca de la conocida empresa textil “Viriato”. O de los sectores agrícola y ganadero, tan debilitados por el abandono de las explotaciones y las ineficaces medidas administrativas y políticas... y todo esto afecta directamente a la actividad comercial, que en Ordes es una asignatura pendiente que no se logra aprobar. Quien nos iba a decir, hace unos años, que veríamos el cierre de locales hosteleros en nuestro municipio, algo impensable. Con la transformación de la discoteca LP 45 se cierra también otro ciclo. Esperemos que con nuevas iniciativas y estrategias se pueda ofrecer a los jóvenes ordenses nuevos ámbitos de ocio y cultural, especialmente estoy pensando en los jóvenes a partir de 13-14 años que tan olvidados están desde siempre.

Desde la perspectiva del tiempo, los que peinamos canas vemos la sociedad ordense como hace 35 años, estancada. Y sobre todo si miramos hacia Santiago tenemos la referencia de Oroso en crecimiento y si miramos hacia A Coruña, la de Carral, que si bien ha sufrido más la crisis, también ha tenido otra evolución. No estoy hablando desde el pesimismo, solo desde la tristeza y la necesidad de decir, para quien quiera oír, que somos ORDES, CABEZA DE COMARCA, y AYUNTAMIENTO estratégicamente situado. Y sobre todo, no fomentemos la resignación y el conformismo. Necesitamos nuevos proyectos para una nueva etapa. Nuevos retos con ambición de pueblo y de futuro. Hay potencial, y mucho, no lo perdamos.

súas ideas e a súa forma de ver Galicia, pero dando unha lección de civismo. Os berros e os insultos non serven para nada, e ao final teñen que darse conta de que todos, se son consecuentes co que os galegos lles esiximos cando fomos votar, están aí porque nós quixemos que foran eles, e non outros, os que defenderan e traballaran polos intereses de Galicia por riba de calquera outra cousa. Logo cando tocou celebrar un acto tan importante como foi a investidura do Presidente de todos os galegos para os vindeiros catro anos, tamén souberon estar a altura (con contadas excepcións que non merecen mención) demostrando coa súa presenza que todos van traballar para que ese abano de cores teña puntos de concordancia polo ben de todos nós. Espero que ese entendemento Galicia-España que vimos no Parlamento e no Obradoiro sirva para iniciar ese camiño, dende o quilómetro 0 desa emblemática praza que é o símbolo da unión dos pobos, pola unidade de España e o benestar de todos os españois.

Os paxariños da Alameda Pois si, a roseira máis extravagante, a menos disciplinada, está xa aproveitando o acordo coa cúpula gaivoteira. Xa piamos que a ocasión era calva, agora aínda con menos pelo. En poucos días xa apalabrou unha boa cifra, de varios ceros. Obras son amores. Claro que xa avisou o estorniño de que se percibe envexa nas gaivotas de a pé, que non entenden como un logro que cren propio reporta proveitos que lles parecen alleos. Que pouca mili levan feito. O peor aínda será cando lles presenten unha ocasión matrimonial... A pega segue desentrañando os enigmas. Que é o que máis temen os rumorosos? A profundidade ou a temperatura da auga? A aritmética ou a poética? O culto ou a razón? A fouce ou o cortacéspedes? Quen sabe...?


Crónicas

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L. Peche de edición: 18-11-2016. Depósito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com

ENTREVISTA José Vicente Veiga González, profesor de aikido nas actividades da nova asociación ‘Enfeitizados’

“No aikido, a competición é contra un mesmo” Con José Vicente Veiga González, acaba de desembarcar en Ordes o aikido, arte marcial moderno que, segundo conta, axuda a afrontar con máis facilidade o día a día. Con máis de vinte anos de práctica e unha amplísima formación en seminarios, exhibicións e viaxes, ofrece clases na asociación ordense ‘Enfeitizados’, recentemente creada. Nesta entrevista, describe as características e beneficios do aikido. - En que consiste o aikido? - O aikido é un Gendai Budô, un arte marcial moderno que ten a súa orixe no estudo de diferentes disciplinas de combate xaponesas como o sumo, o judô, sôjutsu, kenjutsu e o aiki jûjutsu. Destas fontes, bebeu o aspecto técnico. E a influencia espiritual dunha póla esotérica da relixión Shintô (orixinaria do Xapón) achégalle ao aikido o aspecto filosófico que o caracteriza. Naceu co nome de aikido despois da Segunda Guerra Mundial e o seu fundador foi Morihei Ueshiba, O´Sensei, que significa Gran Mestre. O termo “ai” refírese a unión e harmonía, e “ki” a espírito e enerxía vital. Estas dúas palabras xuntas significan: “unificar a nosa enerxía interna en conexión coa fonte universal para logo esparexela sobre a terra co fin de converterse nun un con todo o que nos rodea”. A práctica de aikido busca unha constante perfección mediante a correcta execución de técnicas -tanto a mans baleiras (taijutsu), como con armas (bukijutsu)- a través dunha aprendizaxe progresiva, onde en principio os exercicios realízanse lenta e axustadamente ata adquirir un certo dominio, e poder realizar as técnicas con fluidez, efectividade e contundencia, chegando así ao obxectivo de todo budô, que é que poida servir como defensa. - Que diferencia o aikido doutras artes marciais? - Basicamente, a diferencia radica en que no aikido non hai competicións, non hai torneos de medición de forzas nin combates para determinar quen é o vencedor. En aikido, a competencia é con un mesmo, tratar de mellorarse a si mesmo, día tras día, práctica tras práctica. O estilo de aikido que adestramos é o Dentô Iwama Ryu (estilo tradicional de Iwama), que intenta preservar fielmente as ensinanzas do seu fundador. Non só no aspecto técnico, senón tamén nos códigos do Bushidô (camiño do guerreiro), como o respecto, a tolerancia, a humildade, a austeridade e a perseverancia.

- Para quen está aconsellado? - Está aconsellado para todos os sexos e para todas as idades, desde nenos ata adultos maiores. - Desde que idade poden aprender os nenos? - O requisito fundamental é que o neno sexa autónomo en tarefas fundamentais como vestirse, desvestirse, ir ao baño... E no que se refire á idade, o ideal para empezar nesta actividade dependerá principalmente do neno, non do desexo do pai ou da nai por que a inicie. A idea é que o “aprender” surxa como necesidade do neno e non como imposición do adulto, polo que a recomendación é que sexa a partir dos cinco anos. - Que beneficios ten practicar aikido? - Os beneficios son varios e diversos. Gáñase tono muscular, flexibilidade, elasticidade, coordinación motora, desenvólvese o aparato respiratorio, mellórase o poder de concentración e redúcese a ansiedade e o estrés. E aumenta a autoconfianza a medida que se adquiren ferramentas de autodefensa. Tamén é beneficioso para a memoria xa que ao realizar as técnicas dun e outro lado do corpo (esquerdo/ dereito) isto repercute nos hemisferios do cerebro pola realización de movementos espello. Pero aikido non se perde só en técnicas de combate, tamén revaloriza o legado herdado polos samurai, que se respaldaban nun fundamento fortemente ético e moral, o respecto polo profesor, polos seus iguais e polos seus inimigos, a tolerancia, a cabaleirosidade, a xenerosidade, e o coidado da súa xente e os seus lugares de práctica. Son piares fundamentais, valores sen os que non hai posibilidade de crecemento e progreso como individuos, sociedade ou institución. - Está medrando a demanda de formación nesta especialidade en Galicia? E na comarca ordense? - Si, sorprendentemente nestes últimos anos! Se ben levo desde 2002 en Santiago de Compostela cun pequeno grupo de practicantes que xa posúen un elevado nivel técnico, o número de alumnos vén en aumento

Veiga preside a Asociación Galega de Aikido Dentou Iwama Ryu, que fundou en 2010 e pretende difundir a modalidade máis tradicional do aikido

este último tempo, incorporándose novas xeracións de aikidokas. En Ordes, contamos cun grupo marabilloso de entusiastas practicantes que conforman dous grupos: un de nenos e nenas e outro de mozas (a maioría nais dos nenos e nenas aikidokas). Están progresando axeitadamente e hai un grande espírito nestes dous excelentes grupos. E agardamos seguir medrando! - Que tipo de persoas o están demandando máis? - Moitos pais e nais amósanse preocupados polo aumento de episodios de bullying nos colexios e institutos, e cando solicitan o meu consello non dubido en suxerir o aikido, non só como método de defensa, senón como disciplina que prepara o individuo para enfrontarse a situacións hostís cunha gran seguridade en si mesmos e que achega ferramentas para poder solventar este tipo de situacións sen ter que ceder nin recorrer á violencia. Tamén se incrementou o interese do sexo feminino, preocupadas pola violencia de xénero, unha auténtica lacra desta sociedade moderna na que a principal vítima é a muller, tan vulnerable nestes casos onde a violencia non é só física senón tamén psíquica. - Canto tempo é necesario para

aprender as principais técnicas? - Depende de cada persoa, hai quen posúe máis facilidade para aprender os movementos básicos e as técnicas. No caso do noso grupo de Ordes, en pouco máis dun mes de práctica xa se aprezan progresos sorprendentes nas mulleres nas técnicas que estivemos traballando. E o progreso é continuo, polo que estimo que en breve teremos as nosas primeiras alumnas e alumnos con graduacións básicas de aikido. - Canto hai de mente e canto de físico no aikido? - Mente, corpo e espírito están sempre en conexión nas técnicas que se adestran en aikido. O un comprende o outro. - Que utilidade pode ter na vida cotiá? - Como dicía O´Sensei, fundador do aikido, “en aikido creamos mellores persoas, non inimigos”. Espiritualidade, marcialidade, etiqueta, respecto mutuo, e moita entrega é o que se lles pide a cada practicante de aikido. Estes valores adquírense a través do adestramento en aikido e despois son aplicados ao ámbito cotián (laboral, familiar, escolar...) de maneira natural, contribuíndo a desenvolver unha sociedad mellor, máis humana, máis solidaria e máis valente.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.