Crónicas
Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 36 - Decembro de 2016
Ordes acapara na comarca os investimentos da Xunta en 2017 Os Orzamentos da Xunta para 2017 contemplan importantes investimentos na comarca, pero capitalizados
case en exclusiva polo municipio de Ordes. A inclusión do albergue para peregrinos en Poulo e a primeira me-
tade do futuro centro polivalente na vila son algunhas das novidades máis relevantes, á vez que se confirman
as intervencións na estrada de Ordes a Cerceda por Mercurín ou varias infraestrutuPáx. 6 ras das parcelarias.
Cendal xa é filla predilecta
ENTREVISTA
Patricia Sánchez Lorenzo, xerente de Leite Noso Páx. 18
ORDES
Veciños de Merelle temen inundacións nas súas vivendas Páx. 4
OROSO
As axudas locais a asociacións suman 75.000 euros Páx. 12
ORDES
A primeira enfermeira en misión internacional era de Parada
Páx. 20
A oposición marca as súas prioridades para os orzamentos Páx. 10
ORDES
Permiten o acceso ás novas fincas en Lesta e en Mercurín
Denuncian novos “colapsos” nas Urxencias de Santiago
Páx. 3
Mecá
COMARCA
nica e Neum átic a
Páx. 15
MESÍA
A Deputación reforza o seu apoio ás Brañas da Valga Páx. 14
Taller multimarca Amortiguadores Distribucións Mecánica en xeral Frenos e neumáticos Presupostos sen compromiso Revisións I.T.V. Diagnoses multimarca Cambios de aceite Aliñado de dirección Embragues Aire acondicionado
Fonte Estrei 28-30 Baixo, 3 15680 Ordes (A Coruña) talleresdepradoegranado@gmail.com / Telf: 981 68 85 73 / Móbil: 671 79 57 61 / Permanente: 696 42 27 94
Crónicas - Decembro 2016
2
Actualidade TRAZO
ORDES A obra inclúe a instalación de canalizacións eléctricas e sumidoiros novos
O firme da estrada entre Ordes e Portomouro recibe máis de 250.000 euros da Deputación
Invisten case 58.000 euros en repoñer uns 150 metros de beirarrúa no Parque
A estrada provincial DP 5903 recibirá un investimento de case 255.000 euros por parte da Deputación da Coruña nun tramo de máis de tres quilómetros de longo no municipio de Trazo. A intervención, aprobada nun pleno provincial recente, acometerase entre os quilómetros 11,7 e 15 desta estrada, que une Ordes con Portomouro. Consistirá na mellora da capa de rodaxe do vial, corrixindo as deficiencias que presenta. Os traballos consistirán en fresar e reparar as zonas máis deterioradas do firme actual. Despois, aplicarase unha nova pavimentación de mistura bituminosa en quente de 5 centímetros de espesor. A intención é mellorar a adherencia e a seguridade da circulación de vehículos. O proxecto inclúe tamén a reposición das sinalizacións horizontal e vertical nos puntos onde se determine que é necesario para un uso óptimo da estrada.
A Rúa do Parque, en Ordes, volve estar en obras. Nesta ocasión, o Concello inviste 57.800 euros para repoñer 146 metros de beirarrúas. O diñeiro provén do remanente das contas municipais do ano pasado. Súmase a uns 50.000 euros que xa se gastaran nunha primeira fase de remodelación da zona, que por un lado ten o espazo de ocio do parque e polo outro varias rúas moi comerciais. Tras retirar a estrutura previa, o proxecto contempla instalar novas canalizacións eléctricas para a iluminación pública. Do mesmo xeito, está previsto colocar novas arquetas con sumidoiro para evacuar as augas pluviais. Agárdase que unha franxa de formigón de 25 centímetros entre a beirarrúa e a calzada axude a mellorar a drenaxe. A beirarrúa incorporará lousas de formigón, con deseño específico nas zonas de pasos de peóns. Segundo o goberno municipal, isto “mellorará a seguridade”. O remate acometerase cun bordo de granito. Na calzada, aplicarán aglomerado
OROSO
CERCEDA Toda a estrada entre Merelle e Cerceda é xa autonómica
Oroso demanda tamén a transferencia das competencias da AP-9 á Xunta de Galicia
A Xunta asume o tramo de estrada entre o Aquapark e o límite con Ordes
O pleno de Oroso reclamou que as competencias da autoestrada AP-9 fosen transferidas á Xunta de Galicia. Foi a raíz dunha proposta presentada polo BNG, respaldada polo goberno de Oroso (PSOE) e polo concelleiro de Son de Oroso-Anova. O PP optou por votar en contra, ao estar en desacordo coa formulación do escrito presentado polo Bloque. Unha proposta semellante foi presentada previamente polo BNG de Ordes no seu pleno, se ben nese caso si foi respaldada polo PP local. Tal transferencia de competencias non se levará a cabo, se ben Fomento e a Xunta acordaron un novo sistema de xestión conxunta.
Toda a estrada que vai desde Ordes ata Cerceda a través de Mercurín pasou a ser de titularidade autonómica. A Xunta acaba de dar o último paso para asumir tamén a parte de Cerceda, despois de que en xuño fixese o propio co tramo ordense. Nun decreto publicado o pasado 18 de novembro no Diario Oficial de Galicia, faise cargo do tramo entre a rotonda de acceso ao Aquapark e o límite do municipio con Ordes. En total, algo máis de tres quilómetros de percorrido que ata agora era municipal. É maior o tramo ordense asumido a comezos do verán, posto que se aproxima aos 8,3 quilómetros de lonxitude. A Xunta destaca del que “constitúe o principal acceso a So-
Crónicas
Os traballos comezaron coa demolición e retirada das beirarrúas preexistentes
en quente unha vez se reparen as fochancas existentes, entre outros tratamentos asfálticos. O proxecto prevé tamén a sinalización horizontal. Na anterior fase, que se financiou maioritariamente con fondos europeos e quedou rematada en setem-
O vial foi mellorado con fondos mineiros
gama”, feito que expón como unha razón para proceder ao cambio de titularidade.
Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.
bro, mellorouse o pavimento, construíronse beirarrúas, instalouse unha rampla para eliminar escaleiras e efectuáronse diversas intervencións na área que rodea o Parque Félix Rodríguez de la Fuente pola Rúa do Recreo.
A modificación faise efectiva ao día despois de publicarse no diario oficial, se ben aínda resta por formalizar a entrega de bens, mediante a sinatura dunha acta para a que existen dous meses de prazo. O traspaso fai que a Xunta teña que asumir a xestión, o mantemento, a conservación e a explotación da estrada. Non obstante, na parte do vial correspondente a Cerceda non están previstas intervencións de alcance de momento, posto que foi acondicionado polo Concello con fondos do plan mineiro. Si será mellorado o tramo de Ordes, fortemente deteriorado, cun proxecto valorado en dous millóns de euros a punto de contratarse e coas expropiacións moi avanzadas.
Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L. Peche de edición: 9-12-2016. Depósito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com
Crónicas - Decembro 2016
3
ACTuALIDADE ORDES O proceso reorganiza o terreo en 1.082 fincas, pertencentes a 653 persoas
OROSO
A concentración parcelaria de Lesta e Mercurín dá acceso ás novas fincas
Unha sentenza sobre a parcelaria de Senra, Cardama e Vilarromarís fai cambiar o PXOM
As persoas con propiedades na zona de concentración parcelaria Mercurín-Lesta II xa poden acceder provisionalmente ás fincas resultantes do proceso. Son agora 1.082 predios, cando antes eran 3.575, pertencentes a 653 persoas. Polo de agora, ata finais de xaneiro, é posible reclamar ante a xefatura provincial de Medio Rural se se observan diferencias superiores ao 2% entre a cabida real dos novos predios e a que figure na documentación do expediente de concentración. As persoas beneficiadas por este proceso foron convocadas a unha reunión en locais públicos das dúas parroquias. Ademais dos prazos, os técnicos explicaron aspectos como que os propietarios das antigas parcelas dispoñen de seis meses para retirar as árbores das zonas de monte. Se se trata de especies autóctonas protexidas precisan solicitalo no Servizo de Montes e contar cun informe favorable do Servizo de Conservación da Natureza da Xunta. Incluso poden ser necesarias outras autorizacións.
O pleno de Oroso autorizou unha modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), a décima que se efectúa sobre o documento, para poder darlle cumprimento a unha sentenza xudicial sobre a concentración parcelaria das parroquias de Senra, Cardama e Vilarromarís. A decisión, tomada por unanimidade, refírese a unha resolución do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que acepta parcialmente un recurso presentado por tres veciños ante o proceso de concentración de terras. Parte dos seus terreos foran calificados como solo de protección forestal ou de montes, aínda sendo destinadas a prado. Para o TSXG, é solo que se debe clasificar como de protección agropecuaria, o que obriga a cometer o cambio no PXOM. A modificación, que agora ten carácter provisional, xa fora aprobada inicialmente en xaneiro e superou a exposición pública sen alegacións.
Persoas con propiedades nesta parcelaria, na reunión convocada en Mercurín
Segundo a Xunta, nesta parcelaria foi preciso investir preto de 2,6 millóns de euros. O proceso debería contribuír a que as poucas explotacións agrogandeiras que quedan teñan a base territorial mellor organizada e con accesos máis doados. O aumento das dimensións medias das
parcelas tamén favorece o aproveitamento forestal. Nas reunións, por certo, ademais dos técnicos autonómicos estiveron presentes o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e a concelleira de Medio Ambiente, Ana Soneira.
Les desea una Feliz Navidad y un próspero año 2017
MUEBLES DE BAÑO HIDROMASAJE - SAUNA TARIMA FLOTANTE MATERIALES DE CONSTRUCCIÓN SANITARIOS GRIFERÍA AZULEJOS Y PAVIMENTOS MAMPARAS
A TABLILLA Rúa Principal, 36. Rodís 15186 CERCEDA Telf: 981 69 70 82 e-mail: begol@begol.es
ALMEIRAS Avda. Almeiras, 19. O Burgo 15670 CULLEREDO Telf: 660 986 847
4
Crónicas - Decembro 2016
Actualidade ORDES
ORDES O Concello defende que a obra pretende precisamente evitar anegacións
O Claustro do CEIP Campomaior pide uso lectivo do pavillón
Veciños de Merelle temen que as súas casas se inunden por mor dunha obra
O Claustro do profesorado do CEIP Campomaior, de Ordes, protestou polas limitacións que ocasionan diversas iniciativas do Concello á hora de utilizar o pavillón polideportivo como aula de Educación Física dos 251 alumnos e alumnas de primaria do centro. As molestias, segundo din nun comunicado, están producíndose desde decembro do ano pasado, con “determinadas actuacións en horario escolar que impiden o normal desenvolvemento das clases”. Citan a presenza de obreiros en horario lectivo, a visita de empresas interesadas en licitacións ou de expositores da Festa do Champiñón. E ademais mencionan unha serie de ocasións nas que o Concello lle retirou ao colexio a posibilidade de usar o pavillón. Entre estas, enumeran a reparación no pavimento hai un ano. O centro propuxera sen éxito que a obra se executase nas vacacións de Nadal. Tamén interrompeu a actividade normal do colexio a montaxe e desmontaxe de postos de Expo Ordes. E xa nestas últimas semanas volven acometerse obras para substituír o pavimento colocado no mes anterior. O profesorado quéixase de que tampouco esta vez o Concello aceptase agardar ás vacacións. O goberno local argumentou que é unha obra urxente para os adestramentos e unha exhibición de patinaxe. O profesorado acusa ao Concello de descoñecer a organización e funcionamento do CEIP, de non interesarse en comprender as consecuencias pedagóxicas ocasionadas e de infravalorar a actividade escolar. Piden o uso exclusivo do pavillón en horario lectivo, deixando patente o seu apoio a toda actividade deportiva escolar ou extraescolar.
Varios veciños e veciñas da zona de Merelle (Ordes) quéixanse dunha obra realizada recentemente preto das súas vivendas, na que aprezan un risco de inundación para as súas vivendas. Os traballos foron realizados nunha pista paralela á N-550 e perpendicular ao vial que leva do polígono industrial ordense a Cerceda. A preocupación débese, segundo relatan, a que as augas procedentes das dúas estradas, e cren que tamén as do ámbito do polígono, van ir dar á zona onde viven. E a pesar de que se instalaron sumidoiros, cren que falta unha canalización correcta cara eles. “O señor alcalde debe pensar que as augas por si soas dirixiranse aos sumidoiros”, critica un dos veciños, moi molesto. “O día que empece a chover imos afogar”, engade outra. Matizan que non cuestionan a mellora da pista ou que se instalasen máis sumidoiros dos que había, senón que a execución da obra non derive ben a auga. “É como se retiran as beirarrúas na vila e despois agardan
Aspecto da zona de Merelle onde se acometeu a obra criticada por algúns veciños
a ver se a auga vai por si soa aos sumidoiros”, describe o veciño. Outros veciños, pola contra, aseguran a Crónicas que non temen inundacións e pensan que o mellor será agardar a que chova para comprobalo. Desde o Concello defenden que a nova rede de pluviais “suplementa” a xa existente e que a obra fíxose “precisamente para evitar inundacións”. O goberno local asegura que se me-
llora a canalización cunha nova conducción en diferentes seccións e que se reparten así as augas, mantendo a rede previa. Ademais, constrúen unha pequena senda na estrada de Mercurín e remataron a obra cun novo afirmado e os novos sumidoiros. O Concello descarta que se vaian producir asolagamentos na contorna das vivendas “agás condicións moi adversas”.
CERCEDA Investimento de 56,7 millóns dunha empresa
CERCEDA
Tramitan un parque eólico no Pico Cedeira
Fin do prazo para xustificar axudas
Os trámites para construír un parque eólico no Pico Cedeira, nos municipios de Cerceda e da Laracha, avanzan. O 7 de decembro publicouse no Diario Oficial de Galicia un anuncio da Xunta para notificar a ocupación de terreos a persoas que ou ben resultan descoñecidas, ou están ausentes ou non se puido concretar o seu enderezo. Esta publicación dálle continuidade a unha resolución da pasada primavera para que o proxecto acade
as autorizacións pertinentes antes da súa construción e posterior posta en marcha. O parque eólico está promovido pola empresa Sigenera, SL. Está previsto que conte con dezaseis aeroxeradores, de 3.000 kw de potencia nominal cada un. Miden 84 metros de altura ata o eixe das aspas. O diámetro do rotor será de 112 metros. O investimento previsto nesta iniciativa é de 56.729.010 euros, segundo o anuncio autonómico.
Este 15 de decembro, ás 14 horas, remata o prazo para que as asociacións culturais e deportivas e os deportistas beneficiarios na convocatoria municipal de axudas de Cerceda entreguen a documentación xustificativa para poder percibir as contías concedidas. A resolución coas axudas e os impresos para as xustificacións están dispoñibles na Casa do Concello e na web www.cerceda.org.
Crรณnicas - Decembro 2016
5
PUBLICIDADE
6
Crónicas - Decembro 2016
ACTuALIDADE OROSO
ORDES Confírmanse os investimentos na estrada de Mercurín e nas parcelarias
Invisten 33.000 euros no illamento e en xogos para a gardería da Ulloa
O centro polivalente e o albergue de Poulo entran nos Orzamentos da Xunta
A obra rematará nos vindeiros días
O Concello de Oroso inviste uns 33.000 euros no illamento térmico da gardería da Ulloa, en Sigüeiro, e na renovación dos xogos infantís situados no exterior do inmoble. O revestimento instalarase na fachada lateral dereita do inmoble, que segundo o Concello presentaba problemas de humidades. Tamén se instala un novo peche perimetral, repáranse varias portas interiores, colocan un novo pasamáns e un detector de incendios e pintan a carpintaría interior. As instalacións foron visitadas no inicio das obras polo alcalde, Manuel Mirás, e pola concelleira de Ensino, Beatriz Rodeiro.
O albergue de peregrinos no Camiño Inglés ao seu paso por Poulo e o centro polivalente en Ordes entran nos Orzamentos da Xunta de 2017. O albergue, que se habilitará acondicionando a casa rectoral, figura con 350.000 euros, e o edificio sociocomunitario con 300.000 euros. Esta cantidade dará aproximadamente para a metade da futura infraestrutura, que se todo vai segundo prometen a Xunta e o Concello estaría rematada en 2018. Son as principais novidades das contas autonómicas para o vindeiro ano, que ademais confirman 1,6 millóns de euros para a mellora da estrada entre Ordes e Cerceda a través de Mercurín, agora de titularidade galega, e preto de dous millóns de euros para iniciativas relacionadas coas concentracións parcelarias no municipio. En concreto, prevense infraestruturas nas zonas de Beán e Pereira, Santa Cruz de Montaos, Mercurín, Lesta, Parada, Vilamaior, Barbeiros e San Paio de Buscás. Os datos déronse a coñecer
O alcalde de Ordes, coas parlamentarias Paula Parda (esq.) e María Antón (dta.)
nunha roda de prensa de valoración dos Orzamentos por parte do PP. Nela, o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, acompañado por dúas parlamentarias do seu partido, asegurou que “son uns orzamentos onde se ve que o presidente Núñez
COMARCA Na actualidade, os expedientes acumulan máis de tres anos de retraso
Reivindican un novo xulgado do social para o partido xudicial de Santiago A decisión do Ministerio de non conceder un novo xulgado do social para Santiago de Compostela ocasiona un enorme rexeitamento entre as institucións públicas, os profesionais e entidades sociais, que reivindican este reforzo da xurisdición social coa maior urxencia, ante as graves limitacións que está padecendo o sis-
tema actual. Diversos Concellos pronunciáronse con solicitudes deste tipo, como tamén o fixeron colectivos sociais e profesionais. A Deputación da Coruña mesmo aprobou unha declaración institucional que constata a necesidade do novo xulgado. O texto foi suscrito por unanimidade de to-
dos os grupos presentes na corporación provincial: Alternativa dos Veciños, BNG-Asembleas Abertas, Compostela Aberta, Marea Atlántica, PSdeG-PSOE e PP. A declaración aprobada pola Deputación lembra que “as cifras e o volume de traballo nos xulgados de Santiago están a acumular un atraso
Feijoo cumpre cos desexos e demandas trasladadas polo Goberno local”. Nos outros seis municipios da comarca ordense, o PP non fixo referencia a ningún investimento destacado nas contas autonómicas do próximo exercicio. na resolución dos expedientes que supera os tres anos no xulgado do social”, segundo recolle un informe elaborado polo Defensor del Pueblo. A Deputación, que demanda que se amplíe a distribución “no menor tempo posible”, incide tamén na “sobrada importancia de contar cunha xurisdición social axeitada para atender os dereitos da cidadanía. A nova sala do social é unha demanda que desde Santiago e a súa área de influencia leva facéndose desde hai varios anos, precisamente por mor do colapso que se está producindo. A Coruña, Ourense e Vigo si recibiron ampliación de xulgados na nova planta aprobada recentemente.
Crónicas - Decembro 2016
7
PuBLICIDADE
XESTIÓN E TRANSPORTE DE RESIDUOS PERIGOSOS
LAVADO DE RÚAS E CONTENEDORES
ALUGUER DE CONTENEDORES DE RESIDUOS INDUSTRIAIS
DESBROCE DE PISTAS
SERVIZO DE GUINDASTRE
EXCAVACIÓN E MOVEMENTO DE TERREOS
RECOLLIDA DE RESIDUOS URBANOS
LIMPEZA VIARIA E DE EDIFICIOS
GRUPO CERCEDASOL les desea Felices Fiestas Portobrea nº 3. Queixas 15186 CERCEDA Oficina: 981 693 072 / 639 200 204 correo@grupocercedasol.es Taller: 981 693 026 / 608 982 888 www.grupocercedasol.es
Crónicas - Decembro 2016
8
ACTuALIDADE OROSO
ORDES O BNG critica a xestión do Concello na instalación desta atracción navideña
Pensan executar o aval da UTE da AP-9 para reparar a Rúa da Ulloa
A pista de xeo do Campo da Feira de Ordes atrae centos de persoas
O Concello de Oroso baralla executar o aval depositado pola Unión Temporal de Empresas (UTE) encargada das obras do enlace sur da AP-9 en Sigüeiro para reparar a Rúa da Ulloa, entre a rotonda da N-550 na entrada á capital municipal e a Rúa do Portiño. O alcalde, Manuel Mirás, explicou que, se non hai outra solución previa, a UTE tería que facerse así cargo dos danos ocasionados pola súa maquinaria no vial. O BNG de Oroso solicitara incluír o proxecto de reparación dentro das peticións do Concello con cargo ao financiamento dun plan da Deputación provincial. O goberno municipal, en cambio, descarta utilizar fondos públicos na reparación da rúa, tendo en conta que a causa dos danos.
ORDES
Falece unha usuaria da aula de discapacidade Unha alumna do curso de habilidades sociais para persoas con discapacidade faleceu durante a clase do 2 de decembro. Foi a consecuencia dun atragantamento cando inxería un plátano. Nin o persoal que imparte o curso nin os servizos sanitarios que se desprazaron ata a aula, no Mesón do Vento, puideron facer nada por reanimala. A vítima era veciña de Mesía e tiña 62 anos.
A pista de xeo aberta no Campo da Feira de Ordes desde comezos de decembro está atraendo centos de persoas de toda a comarca, sobre todo nenos e nenas. A principal novidade lúdica destas festas de Nadal estará aberta ata o 8 de xaneiro. Ata o vindeiro 21 de decembro, a instalación permanece aberta de luns a venres entre as 17 e as 22 horas. Despois, desde o 22 de decembro, abrirá tamén polas mañás, entre as 12 e as 14 horas. E os sábados, domingos e vésperas de festivos o horario de apertura polas mañás adiántase unha hora, ata as 11. As entradas custan 6 euros por hora. Ata o 21 de decembro, os centros escolares poden organizar visitas en horario lectivo a un prezo de 4 euros por neno ou nena. O teléfono de reservas é o 981 84 84 11. A empresa encargada da pista proporciona os patíns. Cómpre levar roupa axeitada para a actividade e non se permiten menores de oito anos se non van acompañados por unha persoa adulta.
O Club Patinaxe Galia ofreceu unha exhibición na apertura da pista de xeo
A xestión efectuada polo Concello para instalar esta pista de xeo recibiu críticas do BNG ordense, que califica de “disparate” o acontecido. Os nacionalistas din que a administración local pagou 18.000 euros por esta atracción e que a recadación das entradas vai parar integramente á empresa que a xestiona.
OROSO Promoción do comercio na campaña de Nadal
Certame de escaparates con 600 euros en premios Este 14 de decembro remata o prazo para que os comerciantes de Oroso se inscriban no concurso de escaparates navideños, convocado polo Concello por primeira vez.
O certame desenvolverase desde este 14 ata o 6 de xaneiro. Un xurado visitará os escaparates e decidirá, mediante varios criterios, a quen lle corresponden os premios de 300,
Pablo Vidal, portavoz municipal do Bloque, acusa ao alcalde de “dilapidar fondos públicos nun capricho”. O BNG cre que o Concello non tería que ter pagado nada por traer a actividade, e que ademais tería que obrigar á empresa a pagar a taxa correspondente por ocupación de vía pública. 200 e 100 euros. Tamén se efectuará unha votación a través do facebook do Concello do 15 de decembro ao 4 de xaneiro, na que vencerá o escaparate que sume máis ‘gústames’ na súa fotografía. Os premios son unha cea para o negocio con máis votos e outra para unha das persoas que vote.
Síguenos en
Verónica Dono CIVIL.- divorcios, pensiones de alimentos, herencias, arrendamientos, etc. ADMINISTRATIVO.- urbanismo, expropiaciones, concentración parcelaria, etc. MERCANTIL.- cláusulas suelo, concurso de acreedores, sociedades, etc. PENAL.- denuncias, querellas, delitos urbanísticos, medioambientales etc
www.rivasromero.es ORDES. Todos los miércoles, de 16:00 a 20:00 horas. Rúa do Muiño, 18. 1º B Previa cita: 981 594 339
SANTIAGO DE COMPOSTELA. Lunes a viernes, de 16:30 a 20:00 h. Rúa do Hórreo, 19. Escalera A. 5º D Previa cita: 981 594 339
TU ÓPTICA DE CONFIANZA TE DESEA UNAS FELICES FIESTAS
Rúa Recreo nº 9 ORDES - Telf: 981 685 045
Crรณnicas - Decembro 2016
9
PuBLICIDADE
Crónicas - Decembro 2016
10
ACTuALIDADE ORDES
ORDES UxO, BNG e PSdeG-PSOE fan públicas as súas prioridades para 2017
O BNG insta a regularizar varios contratos e o PP replica que xa se está facendo
Os grupos da oposición anticipan as súas preferencias para os orzamentos
O BNG de Ordes defendeu no pleno municipal unha iniciativa para regularizar os contratos de prestación de varios servizos, que estarían vencidos pero prorrogados tacitamente, algo “non permitido pola Lei de Contratos do Sector Público”, segundo o Bloque. Trátase de servizos como o asesoramento laboral, a reclamación de danos, as limpezas da Casa da Cultura, do Concello e de edificios municipais, o mantemento de colexios e pavillóns, o de campos de fútbol e o servizo do guindastre. Os nacionalistas pediron estudar cales se poderían municipalizar e nos demais casos convocar concursos públicos para adxudicalos de novo. Só recibiron o apoio do PSOE, posto que UxO abstívose e o PP votou en contra. O goberno expuxo que o que pide o BNG xa se está facendo, de maneira que “só faltan por concluír unha serie de pregos”. O alcalde explicou que servizos como o asesoramento laboral xa están municipalizados.
As tres formacións políticas que integran a oposición en Ordes (UxO, BNG e PSdeG-PSOE) fixeron públicas as súas prioridades para os orzamentos do Concello para 2017, no que se pode entender como unha compilación de condicións que o goberno do PP, con maioría relativa, debe ter en conta se quere obter o seu apoio para elaborar e aprobar unhas contas novas. UXO O partido independente do anterior alcalde, Manuel Regos, fixa como principal petición a execución dun plan ambiental. Incluiría: en Ordes beirarrúas pendentes na Rúa Nova; en Buscás, bombeo e saneamento na Maquía, ponte de Esmorís e saneamento en Carballedo; en Barbeiros, a ponte de Buxán; en Poulo, o saneamento na Lavandeira de Abaixo; en Parada, o saneamento na Grela e no Pazo; e en Pereira, o saneamento e abastecemento en Aldea de Abaixo, A Rúa, Pecenín, A Igrexa, A Pedra, Souto/Zar, A Lamela, A Casa-
nosa, O Carballo, Ludiño de Arriba e Ludiño de Abaixo, A Poza, Carabelos, Mendo, Cercedo e Folgoso. UxO demanda ademais unha partida de 50.000 euros para erradicar vertedoiros incontrolados, en centro especial de emprego para persoas con diversidade funcional, dúas pistas de tenis na Cidade Deportiva, un reparto “proporcional” das axudas económicas a entidades culturais e deportivas “segundo as actividades que realizan e o seu impacto socioeducativo”, máis a creación de bolsas para estudantes que se desprazan fóra de Ordes, complementarias ao Transporte Metropolitano. BNG Os nacionalistas reclaman a posta en marcha do viveiro de empresas para apoiar proxectos empresariais novos ou xa existentes; o impulso ao comercio local mediante unha marca propia, iniciativas de promoción e fidelización de clientela e unha humanización do rueiro, sempre da man do sector; a licitación da cafetería
do antigo Centro Comarcal; a creación dunha bolsa de subvencións regulada para deportistas destacados; a renovación do pavimento do pavillón Castelao e o acondicionamento da zona inferior das gradas; unha redefinición das tarifas da radio local para facilitar a promoción das empresas e financiar mellor a emisora; a convocatoria de bolsas para proxectos de innovación; e o deseño dunha programación cultural estable todo o ano e en todas as parroquias. PSDEG-PSOE Os socialistas outórganlle preferencia a un incremento das partidas para servizos sociais, emprego e fomento da economía local. Como medidas concretas, propoñen un plan de emprego xuvenil e outro para maiores de 50 anos. Tamén que se determine unha achega específica para deportistas e clubes deportivos, partidas suficientes para limpar camiños e manter roteiros, e diñeiro suficiente para cofinanciar posibles convenios con outras administracións.
COMARCA
Lanzan unha campaña de concienciación e información para intentar previr os riscos de accidente no tractor A Dirección Xeral de Tráfico e a Xunta de Galicia lanzaron hai uns días unha campaña conxunta para intentar reducir o número de accidentes de tractor mediante a información
s o t s e upu omiso s e r P mpr o sin c
e a concienciación sobre un uso correcto dos vehículos agrícolas. A campaña distribuirá por toda Galicia uns 32.500 dípticos e 200 cartreis, principalmente en zonas rurais
s una a e stas des Les ices Fie Fel
Revisiones gratuitas
Salud Bucal
Clínica Dental • Odontología General • Extracciones molares y Estética del juicio • Ortodoncia • Colocación de implantes • Prótesis sobre implantes • Apicectomías Eduardo Pondal, 11 Bajo. ORDES
981 680 320 - 620 822 531
como a comarca ordense. O material contén explicacións sobre seguridade, mantemento do tractor, normativa específica, prevención de accidentes e medidas a tomar no caso
dun sinistro. Ata finais de novembro, contabilizábanse 12 persoas falecidas en Galicia este ano en accidente de tractor, a maioría envorcados.
Materiales de construcción Saneamiento Telf: 981 68 11 21 Fax: 981 68 26 98 Fertilizantes
Balado, 48 ORDES (A Coruña)
pampin@ahpampin.com
CLICKFER HNOS. PAMPÍN FERRETERÍA
Recreo, 54 ORDES (A Coruña)
Telf: 981 68 22 61 Fax: 981 10 87 97 pampin@ahpampin.com
Crรณnicas - Decembro 2016
11
PUBLICIDADE
Crónicas - Decembro 2016
12
ACTuALIDADE OROSO
O Concello seguirá xestionando a consecución dunha senda peonil en Marzoa A Deputación da Coruña vai seguir tendo sobre a mesa a petición de construír unha senda peonil na estrada DP-3802 ao seu paso pola parroquia de Marzoa (Oroso). Así se deduce das palabras do alcalde, Manuel Mirás, ante unha petición efectuada polo grupo municipal do PP no último pleno. O rexedor explicou que o Concello xa lle trasladou a petición á administración provincial hai varios anos, sen que de momento fose atendida. “O PP tivo catro anos para facelo mentres gobernou a Deputación; pedímosllo e non o fixo, agora agardamos que o actual goberno sexa máis sensible”, comentou Mirás. A intención da solicitude é mellorar a seguridade vial na zona, posto que a carencia actual de beiravías ben acondicionadas fai que os peóns se sometan a situacións de risco cando pasa o tráfico rodado pola estrada, de titularidade provincial. Neste mesmo vial, a Deputación acometeu unha senda en Galegos (Frades) con 150.000 euros.
ORDES
OROSO
Piden máis celeridade nas obras de reforma do colexio Castelao
As asociacións reciben 75.000 euros en axudas municipais As asociacións culturais, veciñais e deportivas de Oroso recibiron axudas municipais por importe de 75.875 euros mediante diversas convocatorias. O importe, segundo o goberno local, é case un 43 % superior ao de hai tres anos, cando se concederan 53.100 euros. En total, saen beneficiadas de maneira directa vinte e oito entidades dedicadas á participación cidadá, asociacións educativas, clubs e escolas deportivas, entidades de asistencia social e voluntarios de Protección Civil que acometen a súa actividade no termo municipal. Deste xeito, non so medrou a asignación económica das axudas, senón tamén a cantidade de colectivos que as perciben. Son case o doble, posto que en 2013 recibiran achegas económicas municipais un total de quince. Neste incremento ten moito que ver, segundo o Concello, o empuxe do eido do deporte. O au-
mento supera o 200 %, desde os 13.000 euros asignados en 2012 aos 40.200 distribuídos na anualidade actual. Hai en conxunto trece clubs e escolas deportivas en Oroso perceptores de axuda municipal. Son entidades que traballan con máis de 1.200 persoas inscritas nas súas actividades, especialmente nenos e nenas. A cifra resulta moi significativa, tendo en conta que só un trienio antes a cantidade de persoas que figuraban inscritas para a práctica dalgún deporte se situaba nunhas 700 persoas. Esta progresión é a que motiva en boa medida a maior necesidade de recursos públicos para estas axudas. O alcance de Oroso, Manuel Mirás, explica que un dos factores que precisamente máis se teñen en conta á hora de conceder as axudas é o número de socios que ten cada organización máis o interese social que supón a proposta de actividade realizada.
Varios veciños e veciñas dirixíronse a este periódico queixándose da que consideran lentitude nas obras de mellora do colexio Castelao de Ordes. Salientan que as reformas eran moi necesarias e que son do seu agrado, pero lamentan o estado no que, por exemplo, está a entrada principal, que só haxa unha porta de saída, a falta de patio e os ruídos. Por iso demandan celeridade.
CERCEDA
A renuncia de Rodríguez Rumbo polas súas obrigas parlamentarias obriga a cambios no goberno municipal A renuncia de Begoña Rodríguez Rumbo a seguir no goberno municipal de Cerceda, co propósito de centrar a súa actividade política no Parlamento de Galicia, obrigou a acometer cambios no executivo local.
Por iso, a nova primeira tenente de alcalde é agora María Viqueira. As demais tenencias da Alcaldía correspondéronlles a Cristina Capelán, Antonio Lozano e Francisco Boquete. Os catro forman parte da Xunta de Goberno
Local como vogais. Capelán asume a área de Cultura e Educación. Na Mesa de Contratación Permanente do Concello de Cerceda, Rodríguez Rumbo é reemprazada pola propia Capelán. Tamén se modificou o réxime
de dedicacións exclusivas. Quedan 45.000 euros brutos anuais para a Alcaldía-Presidencia, 34.000 para a Concellería de Cultura e Educación, e 37.000 para a de Benestar Social e Participación Cidadá.
Lugar de Orro, 100 - CULLEREDO
680 509 760
¡Fe li Fies ces tas! Juguetes, textil, calzado, mochilas, portatodos, peluches... todo de tus personajes favoritos: Patrulla Canina, Blaze, Superwings, Soy Luna, Peppa Pig... Novedades para bebés, niñ@s, chic@s, papás, abuel@s... ahora tenemos todo de NIKIS. Rúa da Canteira, nº2. - ORDES (A Coruña).- Teléfono: 981 688 646
Ven a celeb rar nuest ro 19 DE DICIE MBRE TEND REMO S SORP RESA S Y REG ALOS
¡¡VEN A VISITARNOS!!
Crรณnicas - Decembro 2016
13
PUBLICIDADE
Crónicas - Decembro 2016
14
ACTuALIDADE ORDES
MESÍA Inviste 58.000 euros en contratar persoal e organizar cursos e conferencias
A nova ordenación urbanística na igrexa de Vilamaior permitirá ampliar o cemiterio
A Deputación reforza o seu apoio ao museo e á aula das Brañas da Valga
Unha nova ordenación urbanística no núcleo da igrexa de Vilamaior (Ordes) servirá para facilitar a ampliación do cemiterio da parroquia. Os cambios xa foron aprobados polo pleno municipal, co voto a favor de todos os grupos políticos representados na corporación local. Con este trámite, poderán continuar os traballos de construción do cemiterio, no momento en que se vexa necesario incrementar o número de panteóns e nichos que xa existen na actualidade. UNITARIA DE MERELLE Tamén por unanimidade, o pleno ordense aprobou unha solicitude relativa á escola unitaria de Merelle, situada preto do polígono industrial de Ordes. A petición, que se lle traslada á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, consiste en que o Concello poida utilizar o inmoble para actividades e servizos de carácter local.
As visitas de escolares ás Brañas da Valga son unha actividade moi frecuente
A Deputación da Coruña concede un grupo de axudas que servirán para financiar as distintas iniciativas que desenvolve cada ano a Aula da Natureza e Museo Etnográfico das Brañas da Valga, en Visantoña (Mesía).
16 DE DECEMBRO TRINKE TRINKE TEATRO.
12:00 horas: CPI Pecalama. Infantil e primaria.
CHOCOLATADA.
11:00 horas: P.A.I. Alumnado e familias.
SEPAREMOS BEN, RECICLAREMOS MELLOR.
10:30 - 13:30 horas: Praza Concello. Todos os públicos
20 DE DECEMBRO VISITA PAXE REAL.
09:45 - 10:45 horas: CPI Pecalama. 10:50 - 11:30 horas: P.A.I.
En conxunto, a contía suma case 58.200 euros. Un 80% resérvase para a contratación de persoal, concretamente dous peóns de xardinería para tarefas de mantemento e conservación e un monitor de tempo libre que
se encargará de poñer en marcha as actividades programadas. Algúns dos gastos en material que apoia a entidade provincial servirán para a adquisición de fertilizantes, sementes para as zonas verdes e materiais divulgativos e didácticos para dar a coñecer as instalacións e para atender os obradoiros, conferencias, exposicións e visitas. A Deputación colabora con este complexo de Mesía practicamente desde que abriu as súas portas. É unha infraestrutura situada nunha antiga barreira para a extracción de arxila, que se recuperou como lagoa. A Aula e Museo está dedicada á flora e á fauna propia dos humidais brañentos. Ademais, alberga unha exposición permanente sobre a explotación e o uso da arxila, o barro e a historia da cerámica en Galicia. Para acoller cursos e obradoiros, as instalacións contan cun taller-laboratorio con capacidade para acoller simultaneamente corenta persoas. Dispón ademais dunha aula de usos múltiples.
5 DE XANEIRO CABALGATA DE REIS.
Desfile das súas Maxestades por Pontepedra e recepción dos nenos e nenas no ximnasio do CPI Pecalama Haberá agasallos, inchables e obradoiros!!!.
O Alcalde e a corporación municipal deséxanlles:
BO NADAL E VENTUREIRO 2017 CONCELLO DE TORDOIA
Crónicas - Decembro 2016
15
ACTuALIDADE A Asociación de Pacientes e Usuarios do Complexo Hospitalario de Santiago (CHUS) denuncia novas situacións de “colapso” no servizo de Urxencias. Cita como exemplo a tarde do 22 de novembro, cando chegaron a acumularse “dezaoito pacientes de gravidade intermedia en cadeiras de rodas nos corredores, mentres estaban as zonas de observación baleiras”. Segundo este colectivo, que outras veces trasladou feitos así á Valedora do Pobo, os doentes pendentes de ingreso “ocuparon un espazo de traballo, con tres sitios libres en observación, onde os supervisores non deixaron instalar os pacientes”. O resultado, polo que relatan, son prácticas que “atentan contra a dignidade dos pacientes”, tamén polo mal estado de material como cadeiras de rodas, e que resultarían contrarias á normativa de seguridade laboral. Para eles, a explicación está en que “unha vez máis, a adxudicación dunha cama para os enfermos que deben ser ingresados supón unha longa espera polo peche de espazos nas plantas de hospitalización”. A asociación acusa aos responsables sanitarios de “desatender as reiteradas demandas dos pacientes” e nega que se trate de problemas puntuais, senón dun problema estrutural. Segundo explican nun comuni-
COMARCA Denuncia da asociación de pacientes
TORDOIA
Alertan de novos colapsos de urxencias en Santiago
O Concello rebaixa ata o 0,6% a contribución en bens rústicos e aforra tramitar a bonificación
Concentración de protesta en Santiago contra a falta de medios na Sanidade
dado, tampouco estarían sendo escoitadas as demandas dos profesionais do servizo sanitario “e mesmo as autoridades laborais”. Poucos días despois, denunciaron unha situación similar nas urxencias pediátricas do Hospital Clínico. Relatan que casos de cativos que en circunstancias normais se atenderían nunha hora tiveron que demorarse máis de cinco. Cadeira de rodas en mal estado, cunha venda no lugar do repousapés, utilizada en Urxencias do CHUS
A DOENZA
CENTRO DE MASAJE
EN CERCEDA. Telf. 610 794 823
O pleno de Tordoia acordou modificar a ordenanza do Imposto de Bens Inmobles (IBI), de maneira que as propiedades de natureza rústica vén reducido o tipo impositivo ao 0,6%. A rebaixa xa terá aplicación nos recibos que se pasen en 2017. O goberno liderado por Antonio Pereiro (PP) detalla que o cambio deixa 35.000 euros nos petos da veciñanza. E tamén xustifica o cambio na “difícil situación que representaba para os agricultores e gandeiros a solicitude e xustificación para a bonificación”. Tal como indica o goberno, a norma previa “obrigaba a facer todos os anos unha serie de trámites complicados e custosos que con esta nova ordenanza se van evitar”. Sen embargo, o PSOE tordoiés non está de acordo e defende que se aplique a bonificación do imposto para explotacións agrogandeiras como xeito de afrontar o incremento do valor que supuxo a regularización catastral.
Crónicas - Decembro 2016
16
ECONOMÍA LEITE A UE saca ao mercado 22.150 toneladas intervidas no peor momento da crise
A liberación de leite en po ameaza a tenue recuperación dos prezos A tenue recuperación de prezos en orixe do leite vese ameazada pola decisión da Comisión Europea de liberar 22.150 toneladas de leite en po durante este mes de decembro. Trátase dun produto retirado do mercado para intentar deter o afundimento de prezos no peor momento da crise, desde setembro de 2014. A subasta, de interese sobre todo para fabricantes de xeados e produtos de alimentación animal, é en realidade unha proba para ver como reacciona o mercado. As 22.150 toneladas son só o 6% das 355.000 toneladas de leite desnatado en po que acumulan as institucións europeas en almacéns públicos. Aínda que á Comisión Europea parécelle que a decisión non ten por que prexudicar os prezos que cobran os Gandeiros, desde o sector en Galicia non o ven tan claro. “O mercado non está en condicións de recibir un continxente de excedentes de leite, feito que, de producirse, remataría cos primeiros síntomas de recu-
Galicia Andalucía Aragón Asturias Baleares Canarias Cantabria Castela-A Mancha Castela e León Cataluña Extremadura Madrid Murcia Navarra Euskadi A Rioxa Valencia ESPAÑA
Phil Hogan, irlandés, é o comisario europeo de Agricultura e Desenvolvemento Rural
peración da crise do sector leiteiro e volvería afundir os prezos”, advirten desde o Sindicato Labrego Galego. Esta organización precisa que a “moi tímida recuperación”, derivada dunha produción europea máis comedida, non chegou á maior parte das granxas galegas, que “seguen a vender o produto por valores misera-
PREZOS DO LEITE
OUTUBRO / SETEMBRO (€/litro)
bles e ruinosos”, comentan. Por poñerlle números, o avance desde setembro foi dun céntimo por litro en outubro, último mes con datos do Ministerio dispoñibles. En Galicia pagouse de media a 29,3 céntimos por litro, case un e medio menos que a media española. Só tres anos antes rondaba os 38 céntimos.
0,293 0,322 0,305 0,323 0,308 0,450 0,298 0,315 0,308 0,301 0,308 0,309 0,297 0,321 0,346 0,323 0,307 0,306
0,282 0,317 0,296 0,316 0,311 0,449 0,286 0,301 0,296 0,294 0,295 0,300 0,296 0,308 0,339 0,313 0,290 0,296
MEDIAS ESPAÑA OUTUBRO 2013 0,382 2014 0,341 2015 0,309 2016 0,306
PRODUCIÓN OUTUBRO 2015
2016
Galicia 214.547 tn 209.581 tn España 557.734 tn 552.297 tn Fonte: FEGA (02-12-2016)
ORDES Buscan maneiras de animar a actividade comercial e hostaleira
Comerciantes e Concello exploran as opcións de reactivar unha asociación Comerciantes de Ordes acudiron a unha reunión convocada polo Concello co propósito de analizar que accións conxuntas poderían acometer para animar as vendas. Un dos principais aspectos abordados foi a “reactivación da fórmula asociativa”, en palabras do Concello, posto que a entidade na que se agrupan boa parte dos establecementos non desenvolve actividade desde hai tempo.
No intercambio de ideas e propostas para dinamizar o sector, tamén se avaliaron posibles iniciativas para a inminente campaña de Nadal. Por parte do Concello acudiron o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, e os concelleiros de Comercio, José Manuel Rodríguez, e de Festas, José Manuel Mira. A reunión forma parte dunha serie de encontros e contactos que os
Pan fresco todos os días Pizzas artesás Empanadas Bolería artesá
RÚA DO MERCADO Nº 10 - ORDES TELF: 881 981 808
Cafés Té... e moito, moito máis...
representantes municipais están sostendo cos distintos axentes económicos, sociais e culturais do municipio, na busca de accións que se poidan organizar en común. Neste sentido, tamén se celebrou nas últimas semanas outro encontro entre o Concello e responsables de establecementos hostaleiros. Sobre a mesa estiveron diversas ideas para darlle unha nova vida ao sector,
Reunión entre o Concello e o comercio
moi prexudicado nos últimos tempos pola crise e pola decadencia do fenómeno da movida. Non obstante, o encontro serviu para poñer de manifesto que estes negocios seguen mantendo a iniciativa. Unha mostra do pulo que ten o sector, a pesar da reconversión da discoteca LP45, é que están abrindo novos locais.
Flores ABELLÁ Coronas Centros - Ramos - Arreglos Plantas Teléfonos: Ordes: 981 680 301 Abellá: 981 699 731 Móvil: 659 843 518
Crรณnicas - Decembro 2016
17
PUBLICIDADE
18
Crónicas - Decembro 2016
Economía ENTREVISTA Patricia Sánchez Lorenzo, xerente de Leite Noso
“DELEITE é o leite de calidade dos gandeiros galegos” Leite Noso é unha sociedade podemos enseñarlle nada nin á disparticipada exclusivamente por ex- tribución nin a outras marcas. Seguplotacións gandeiras galegas que ramente o que si vén a poñer de redende mediados de maio deste levancia o relanzamento de Deleite ano, sen intermediarios, fabrican un é que o cosumidor sabe que non toleite de calidade e comercialízano dos os leites son iguais, e que valora directamente ante a distribución. A a quen o respecta. marca é DELEITE Galego. - En que se diferencia o seu pro- Como está indo o proxecto in- duto ante o consumidor? dustrial de ‘Deleite’? Cal é a maior - Diferenciase, basicamente, en dificultade que están atopando? que se trata de leite galego cen por - A verdade é que estamos moi cen, de calidade e, sobre todo, con satisfeitos e agradecidos. A simpa- un sabor natural característico. tía e acollida, tanto por parte da disPero ademais diferenciase portribución como polos cosumidores que a titularidade da marca é dos galegos está sendo inmellorable. propios gandeiros, polo que merA maior dificultade é a derivada da cando Deleite o consumidor está nosa ordenación do territorio, poder axudando a asegurar o futuro do secchegar ao pequeno comercio mino- tor leiteiro e do rural galego. rista de todos e cada un dos núcleos - Van diversificar a súa gama de de poboación. produtos nun futuro? - É posible a cuadratura do cír- Iniciamos a nosa actividade hai culo que buscan vostedes, de pagar- pouco máis de seis meses. Nese lle un prezo rendible ao gandeiro, tempo fixemos o lanzamento da chegar a acordos coa distribución, marca nas tres variantes clásicas: enconvencer o cliente e aínda así in- teiro, semidesnatado e desnatado. tentar ser unha industria rendible? Antes de rematar o ano pretende- É posible sempre que fagamos mos sacar ao mercado os “sen lacpartícipe ao consumidor que non dá tosa” e, no primeiro trimestre do igual que leite mercar. É decir, sem- ano sacar outros produtos de valor pre que se poña en valor o noso pro- engadido. duto. Deleite é leite de calidade, de - Ata onde chegan e a que novos procedencia totalmente galega, con territorios pretenden facer chegar un sabor natural característico e ben os seus produtos? identificado polos consumidores. - Deleite naceu con vocación de Deleite non é unha marca branca e centrarse no mercado galego. Quequere ser competitivo no prezo dos remos chegar a toda Galicia e, se leites de calidade pero non vai con- todo segue segundo o previsto, en tribuír a banalizar o leite galego. moi pouco tempo estaremos no - Indo por partes, como pode fa- resto do Estado. cer un gandeiro - Que apoio para sumarse a teñen por parte “Antes de rematar o ano da administraDeleite? Contemimos sacar ao mercado plan incrementar ción? a compra de pro- É unha inios leites sen lactosa dución? ciativa empresa- Nós contem- e despois outros produtos rial non política. de valor engadido” plamos, xa o diNon solicitamos xemos cando saínin, por tanto, mos ao mercado, un crecemento das recibimos, ningunha axuda e/ou subnosas recollidas acompasado co cre- vención nin pública nin privada. O incemento das nosas vendas. Só reco- vestimento para a compra das marllemos leite galego e, efectivamente, cas e todo o desenvolvemento esimos aumentar as nosas rutas a prin- tase a facer con capital dos propios cipios de ano, polo que si é posible gandeiros e con financiación das enser no futuro proveedor de Deleite. tidades bancarias que se mostraron - Cre que a distribución pode interesadas polo proxecto. aprender algo co seu proxecto e va- Cabe ser optimista ante o furiar así as técnicas que utilizan con turo dos sectores leiteiro e lácteo outras marcas, co conseguinte be- en Galicia? neficio para o resto da chamada ca- O sector lácteo é fundamental dea de valor? para Galicia. Temos leite de calidade, - Nin qeremos nin, por suposto, os nosos gandeiros son moi profesio-
Patricia Sánchez Lorenzo é a xerente de Leite Noso, empresa que produce Deleite
nais e están dispostos a achegar traballo, esforzo, implicación e talento para saír da situación. Podemos producir máis e mellor que os demais. - Qué está fallando na cadea de valor do leite? - Está fallando, basicamente, que as partes que forman a cadea de valor non están en igualdade de condicións. O feito de que a formación do prezo do leite se faga en sentido inverso a calquera produto; o crecemento da marca de distribución e o establecemento para este tipo de leite dun prezo excesiva e deliberadamente baixo fai que esa falta de igualdade sexa máis chamativa. - Cal é a principal crítica que se lle debería facer aos gandeiros galegos, tanto na actualidade como nas últimas décadas? - Aos gandeiros nin unha soa crítica, porque sendo a parte máis débil do sector, a que sufriu máis a crise, a que máis puxo da súa parte nos últimos anos (comprando dereitos para producir, pagando taxa láctea cando
se sobrepasaba, modernizando as súas explotacións, formándose e capacitándose...) é agora a que novamente quere dar o paso adiante de comercializar un produto, directamente diante do consumidor. - Non hai moito celebraron o Festival do Leite Galego. Como foi a experiencia? - Deleite anunciou nada máis saír ao mercado a organización anual con carácter itinerante do Festival do Leite. Entendíamos que non resulta comprensible que, existindo en Galicia máis de trescentas festas gastronómicas, non se dedique un día a poñer en valor o produto que máis achegou á economía agraria do País. O primeiro festival celebrouse en Santiago o 17 de setembro no parque de Belvís e foi un éxito rotundo. Máis de 8.000 persoas participaron durante todo o día nas actuacións que se desenvolveron, desbordando todas as previsións. Vai seguir celebrándose e Deleite vai seguir colaborando, como vén facendo, coa cultura galega.
Crónicas - Decembro 2016
19
PuBLICIDADE Benqueridos veciños e veciñas de Frades: Aproveito esta ocasión que me brinda Crónicas para trasladarvos os meus desexos de felicidade para estes días de festa e de reecontro. Como podes ler nesta mesma páxina, dende o Concello de Frades temos preparado un intenso programa de actividades para este Nadal, especialmente pensadas para os máis pequenos e pequenas da casa aínda que tamén están pensadas para disfrutar en familia. Ademais, quero aproveitar para agradecer o traballo que realizan os traballadores municipais e, sobre todo, a colaboración de asociacións e entidades sen cuxo traballo non sería posible desenvolver a gran cantidade de actividades que levamos a cabo ao longo do ano. Roberto Rey Martínez Alcalde de Frades
En nome da corporación municipal de Frades, deséxovos un BO NADAL E VENTUREIRO 2017 a todos vós e tamén aos fradenses que viven lonxe do noso concello.
NADAL 2016 CONCELLO DE FRADES
Frades
Visita de Papá Noel
Cine e birlos
LUNS 19 DE DECEMBRO, ás 12:00 h. LUGAR: Multiúsos de Frades. Para nenos/as de Preescolar na Casa.
Visita do Paxe e Carteiro Real LUNS 19 DE DECEMBRO, pola mañá. LUGAR: CPI Ponte Carreira. O Paxe e o Carteiro Reais visitarán aos alumnos/as de Infantil e Primaria e recollerán as súas cartas para os Reis Magos.
Gran Festa de Nadal VENRES 23 DE DECEMBRO, a partir das 16:00 h. LUGAR: Edificio multiúsos de Frades. Actuación musical de A Gramola Gominola, visita de Papá Noel, mascota, obradoiros navideños, xogos... Chocolatada por cortesía da ANPA do CPI Pontecarreira. Inscricións antes do 19/12.
Maxia e obradoiros de Nadal LUNS 26 DE DECEMBRO, a partir das 16:30 h. LUGAR: Edificio multiúsos de Frades. Actuación do Mago Román e obradoiros de Nadal. Haberá merenda. Inscricións antes do 22/12.
MARTES 27 DE DECEMBRO. LUGAR: Marineda City. Saída ás 10:30 do Concello. Prezo: 10 € empadroados (inclúe entradas e xantar), 15 € non empadroados. Os menores de 12 anos deberán ir acompañados por un adulto. Inscricións antes do 23/12.
Excursión a Silleda Park VENRES 30 DE DECEMBRO, pola tarde. Saltamontes, pista de coches, dragón, barco, tirachinas, inchables variados, camas elásticas, tren da bruxa, obradoiros, pistas deportivas, ping pong, xadrez, videoxogos, karting (pago aparte). Os menores de 12 anos deberán ir acompañados por un adulto. Inscricións antes do 26/12.
Patinaxe sobre xeo
LUNS 2 DE XANEIRO, ás 17:00 h. Patinaxe na pista de xeo de Ordes. A entrada correrá a cargo do Concello de Frades. Transporte: por conta propia. Para maiores de 3 anos e só para empadroados en Frades. Os menores de 8 anos deberán ir acompañados por un adulto. É obrigatorio levar luvas. Inscricións antes do 28/12.
CABALGATA DE REIS
MÉRCORES 4 DE XANEIRO, de 16:00 a 20:00 h. 16:00 h. Desfile polo núcleo urbán de Pontecarreira. 17:00 h. No pavillón polideportivo municipal de Pontecarreira: Recepción dos Reis, inchables, animación, bailes, xogos, obradoiros, mascotas, bailes, reparto de lambetadas e chocolate con roscón de Reis para todos os asistentes. Colaboran: ANPA do CPI Ponte Carreira e o grupo Sarillo de Aiazo.
20
Crónicas - Decembro 2016
xente dE aquí ORDES Recibe do premio Enfermería en Desarrollo pola súa relevancia mundial
Ordes designa a enfermeira Isabel Cendal como Filla Predilecta A enfermeira ordense Isabel Cendal foi designada Filla Predilecta polo Concello a título póstumo, nun acordo tomado por unanimidade do pleno. A corporación recoñece así a relevancia histórica desta figura, considerada pola Organización Mundial da Saúde (OMS) como a primeira enfermeira en misión internacional, na expedición Balmis de comezos do século XIX. PREMIO DE ENFERMERÍA Uns días antes da designación como Filla Predilecta, a figura de Cendal recibiu o premio Enfermería en Desarrollo. O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, acudiu ao Círculo de Bellas Artes de Madrid para recoller o galardón de mans do presidente da Fundación para el Desarrollo de la Enfermería, Víctor Aznar. Nese acto, o rexedor tivo palabras de recoñecemento ao escritor Javier Moro e ao historiador e xornalista Antonio López Mariño, aos que considerou como “os auténticos protagonistas da recuperación da figura de Isabel Cendal”. Martínez Sanjurjo aprezou a necesidade de “corrixir o erro histórico que se traduce no descoñecemento de Isabel Cendal pola maior
O alcalde (dta.), recollendo o premio póstumo ‘Enfermería en Desarrollo’ para Cendal
parte da poboación, aínda 200 anos despois da grande epopea que levou a cabo, a trascendencia que tivo a expedición Balmis e a gran heroicidade dos seus protagonistas”. Para o alcalde, o municipio cometeu ata agora unha “inxustiza” por “darlle as costas ata agora” a Cendal. A maiores do recoñecemento como Filla Predilecta, adiantou que o futuro centro social polivalente, que
prevé construír en 2017, leve o nome da enfermeira nacida en Parada. RAMÓN FERREIRO No acto en Madrid, o alcalde tamén lembrou a figura de Ramón Ferreiro, tamén Fillo Predilecto de Ordes e coñecido como ‘Ramón o practicante’, pola súa entrega altruísta ás persoas enfermas no exercicio da súa profesión.
Un documental resalta a súa relevancia profesional A Casa da Cultura de Ordes acolleu a presentación do documental ‘Isabel Zendal, la enfermera que cambió el rumbo del mundo’, elaborado por Enfermería TV e o sindicato SATSE. A estrea contou coa asistencia de Miguel Santalices, presidente do Parlamento de Galicia; Pilar Farjas, exconselleira de Sanidade e actual presidenta da Asociación Isabel Cendal; o investigador Antonio López Mariño; e varios responsables sanitarios, sindicais e municipais, entre outros.
Segundo o expediente para a concesión do título de Filla Predilecta, instruído pola concelleira socialista Verónica Gómez tras unha moción da Agrupación Socialista de Ordes, está “suficientemente probado” que Isabel Cendal naceu na Grela (Parada). A acreditación fíxase nas investigacións de Antonio López Mariño, que colaborou na preparación do expediente. Cendal foi a única muller que participou na coñecida como Expedición Balmis, ou Real Expedición Filantrópica, que Carlos IV decidiu propiciar, aconsellado por Francisco Xavier Balmis, doutor da súa corte, para intentar atallar a alta mortandade que a varíola estaba ocasionando entre finais do século XVIII e comezos do XIX. Na viaxe da fragata, desde A Coruña ata Porto Rico, os nenos do orfanato fixeron de portadores da vacina. A maneira de mantela viva foi pasala duns a outros cada pouco mediante o contacto das súas feridas. Difundírona por toda América. A figura de Cendal, clave no éxito da misión, é moi coñecida en todo o mundo e acumula recoñecementos internacionais mentres que en Ordes foi case ignorada ata a iniciativa presentada polo PSOE. Como mostra, a Organización Mundial da Saúde recoñeceuna en 1950 como primeira enfermeira en misión internacional e en México está considerada a primeira profesional da historia da saúde pública do país. Desde 1975, dálle nome á medalla ao mérito en enfermería ‘Isabel Cendala Gómez’ e tamén á Escola de Enfermería de San Martín de Texmelucan (Puebla).
Anteriores Fillos Predilectos de Ordes
TVE estrea este luns a película ‘22 ángeles’, sobre a expedición Despois de varias semanas de promoción, TVE estrea este luns 12 de decembro (La 1, a partir das 22:30 horas) a película ‘22 ángeles’, coproducida por RTVE e Four Luck Banana, que relata a expedición filantróplica liderada polo doutor valenciano Francisco Xabier Balmis entre 1803 e 1814 para estencer a
Nacida en Parada e máis coñecida fóra que no propio Ordes
vacina contra a varíola por América e Filipinas. No filme, rodado con exteriores de Ferrol e de Tui, Isabel Cendal, interpretada pola actriz galega María Castro, é unha das protagonistas da viaxe da fragata con 22 nenos (ningunha nena) do orfanato da Coruña como portadores da vacina.
- Ramón Ferreiro Regos, sanitario (1980). - Manuel Lois García, soldado (1986). - Juanjo Liñares Martiáñez, bailarín e folclorista (1990). - Viriato Lamas Gutiérrez e Anastasia Tasina Pisonero Ramos, empresarios do téxtil (1998). - Iván Raña Fuentes, deportista (2002). - Ramón Carro Romero, empresario (2010).
Crónicas - Decembro 2016
21
XENTE DE AquÍ COMARCA A asociación ‘Obradoiro da História’ edita un tríptico sobre o galeguista
Porteiro Garea, na memoria da comarca Non debería ser que alguén entre a preguntar nunha aula de secundaria da contorna sobre Luís Porteiro Garea e que practicamente non haxa estudantes que coñezan a súa figura, tan sequera lonxamamente. Tal necesidade de recuperar a figura do ilustre galeguista, morto prematuramente pola gripe do 1918 e soterrado en Gafoi (Frades), procura cubrila, unha vez máis, a asociación cultural ‘Obradoiro da História’. A entidade acaba de editar un tríptico sobre Porteiro Garea. Razóns tiñan para facelo, e por riba o mellor dos pretextos: a conmemoración, neste 2016, do centenario da creación das Irmandades da Fala. Porteiro Garea fora o creador e ideólogo da Irmandade de Santiago, unha das máis destacadas. Tal como se recolle na publicación de Obradoiro, tivo un “gran valor programático” o discurso
inaugural ofrecido por el. O tríptico ofrece un completo repaso pola traxectoria biográfica de Porteiro Garea, que se vai intercalando cos elementos clave que axudan a comprender a figura de Porteiro Garea nas súas múltiples facetas, todas confluíntes, de profesor e catedrático (chegou a ser o secretario xeral da Universidade de Santiago), de político, de avogado, de articulista e conferenciante... O traballo, da autoría de Carlos C. Varela, segmenta a vida de Porteiro Garea en catro etapas: a do activismo estudantil ata 1912, a súa emigración a Madrid en 1912 con retorno en 1916, os seus cometidos como líder irmandiño entre 1916 e 1918, e o remate da súa vida con 29 anos de idade. O tríptico está sendo repartido de balde por toda a comarca, se ben
Luís Porteiro Garea faleceu pola gripe de 1918 e está soterrado en Gafoi (Frades)
‘Obradoiro da História’ está centrando a súa distribución en Frades, especialmente na localidade da Pontecarreira e o seu colexio, sen descoidar outros centros de ensino, espazos culturais e mesmo comercios de toda a zona. Non obstante, non é a primeira vez que a asociación presidida por
Manuel Pazos Gómez se achega á figura de Porteiro Garea. Xa en 1998 editaran o caderno ‘Lois Porteiro Garea, Ordes’, do que é autora Raquel Bello Vázquez. En varias ocasións, a asociación organizou tamén ofrendas florais de homenaxe e recordo ante a tumba de Porteiro Garea en Gafoi.
Gala da Irmandade en Ordes Ordes acolleu unha das ‘Galas da Irmandade’, actividade impulsada pola Deputación da Coruña co gallo do centenario do nacemento das Irmandades da Fala. O espectáculo, que encheu o auditorio da Casa da Cultura, combinou música, teatro, maxia, danza e canto. Así, Luis Iglesia e Xabier Deive representaron a función ‘Boneca Lareta’, a banda de Alonso Caxade ofreceu música en vivo, o Mago Teto
trouxo o número especial relacionado coas Irmandades que preparou para esta xira, e Ánxela Blanco e Mónica de Nut achegaron unha sesión de danza e música contemporánea. A compañía de teatro Maquinaria Pesada, de Isabel Risco, dirixe e conduce o espectáculo, que abriron Os Quinquilláns, que trata de divulgar o legado das Irmandades con espectáculo moderno e dinámico.
SOMOS TU JUGUETERÍA DISPONEMOS DE SERVICIO DE RESERVA DE JUGUETES PARA NAVIDAD Alfonso Senra, 18 15680 - ORDES
981 680 612
Crónicas - Decembro 2016
22
XENTE DE AquÍ ORDES A asociación Amigos da Música celebra a Santa Icía cun recoñecemento aos antigos docentes
Por todos aqueles grandes mestres da música
• Asesoramento Técnico • Solucións Empresariais á medida
Todos eles subiron ao escenario para recibir unha placa, entre aplausos. Tamén foi ovacionado de maneira especial José Ramón España Lorenzo, primeiro profesor que tivo a Escola de Música de Ordes. O recoñecemento chega tamén a Hilario Rodeiro, Pablo López, José Manuel Suárez e Olimpio Carril, todos eles tamén profesores que nesa xornada, por diferentes razóns, non puideron acudir. Outra mención especial recibiuna Manuel María Concheiro, como fundador e presidente de honra da Asociación Cultural Amigos da Música de Ordes Destacou tamén na xornada o panel artesanal realizado con pezas de madeira nas que figura escritos os nomes das 144 persoas que desde 1932 ata a actualidade formaron parte da historia da traxectoria da asociación musical. Por suposto, na celebración non faltou a música. Ademais da propia
• Reparación de Smartphones e Tablets
• Servizo de Asistencia Técnica
• Redes e Conectividade
• Mantementos Integrais
• Venda de Ordenadores
(Hard/Soft)
e Periféricos
• Solucións de Seguridade
• Software de Xestión Comercial
Rúa da Canteira, 16 - 15680 ORDES (A Coruña) Telf: 981 697 855 / Móvil: 609 377 922 Fax: 981 97 35 62 / atx@atx-informatica.com
ww.atx-informatica.com
solucións infor máticas
solucións infor máticas
A Asociación Amigos da Música de Ordes, ligada á Banda de Música, homenaxeou aos antigos mestres e mestras da Escola Municipal de Música na xornada de celebración de Santa Icía, patroa dos músicos. No evento, celebrado no Campo da Feira ordense coa participación de medio milleiro de persoas, foi recoñecido o labor de Silvia Amor Faya, mestra de clarinete e integrante da Banda de Ordes dende o seu inicio; Mari Carmen Fernández Vidal, fundadora da Banda de Música Municipal Rosalía de Castro de Padrón; Javier Pazos Pintos, actualmente membro do cuarteto de clarinetes ‘Claretino’ e da Banda de Música de Santiago; José Manuel Ces García, trompetista da Banda de Música de Santiago; Cesáreo Pombo Cabanas, destacado intérprete de trombón; e Fernando Gontad Losada, que impartiu clases en Ordes dende 1990 ata 2015 e foi director durante anos da formación.
Arriba, a homenaxe. Abaixo, panel de madeira con todos os integrantes da banda
Banda de Ordes, actuaron a Banda Xuvenil de Ordes, as orquestras Os Modernos e Xacobeo e o grupo folclórico Embruxo Gaiteiros. O concerto supón un chanzo máis nas celebracións do vixésimo quinto aniversario da banda ordense. A representación institucional na
festa de Santa Icía estivo conformada polo alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, os concelleiros Susana García e José Manuel Mira, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, o deputado provincial Antonio Leira, e integrantes doutras corporacións locais da zona.
to Libros de tex lar o c s e l a i r e t a M
Crónicas - Decembro 2016
23
xente dE aquí
In Memoriam, D. Pedro Santos Canosa Por Juan González-Redondo, actual párroco de Xanceda e Vitre D. Pedro, cura de Albixoi, Lanzá, Xanceda e Vitre, parroquias dos concellos de Mesía e Frades, naceu en Ozón (Muxía), pero pasou gran parte da súa vida nestas terras da meseta coruñesa, coas que se encontraba profundamente identificado. Preto de corenta anos de servizo sacerdotal, pero como o bo pastor que era, nos que soubo sintonizar e empatizar coa xente desta terra, comprometéndose humanamente, e participando nas actividades sociais e culturais. Chegou aínda novo a Albixoi e Lanzá á altura do ano 70, compartindo vivencias, procedente de Santa Comba. O novo párroco, grande afeccionado ó fútbol, foi animador do equipo local no que xogaban os mozos destas parroquias: o Albilán. Xogou, foi adestrador, e mesmo árbitro. Conta un bo amigo del que nesta última profesión chegou a ter algún problema pois era xuíz parcial en favor dos equipos máis humildes, un rasgo que máis alá da anécdota identifica a súa alma. Durante moitos anos foi socio do Deportivo, do que era seguidor fervoroso. Tempo despois foi encargado
das freguesías de Xanceda, onde viviría durante moitos anos, e de Vitre. Nesta última parroquia, ó pouco de chegar, volveu animar despois de anos de non se celebrar, a romaría de merendas que acompañaba á festa relixiosa na honra de Nosa Señora das Virtudes, que ano tras ano chegou a congregar a máis xente. De gran sensibilidade social, implicouse xunto a outros compañeiros sacerdotes na promoción da vida gandeira da comarca, especialmente a través da cooperativa de Frades, dándolle pulo a este sector clave para o desenvolvemento da comarca, en pleno proceso de moder-
nización. Tamén foi amigo de animar outras iniciativas culturais e veciñais. Como párroco sempre se caracterizou pola súa gran humanidade, polo seu corazón caritativo e entregado ó débil. Cura comprensivo, capaz de conciliar ós diferentes, foi enormemente apreciado por paisanos e compañeiros, entre os que nos seus últimos anos na comarca exerceu como arcipreste. A súa andaina por estas terras como párroco rematou case corenta anos despois de chegar, no ano dous mil nove, cando as necesidades da diócese o levaron a Bueu. No campo das Virtudes, para el tan
querido, fixéronlle os seus paisanos unha multitudinaria despedida. Descansa en paz, D. Pedro, cura, amigo e compañeiro, que deixaches nesta terra unha parte de ti!
Falece Pedro Santos, cura en Mesía e Frades case 40 anos O 21 de novembro faleceu Pedro Santos Canosa, párroco en Xanceda, Albixoi e Lanzá (Mesía) e en Vitre (Frades) durante 39 anos. Tiña 74 anos e estaba retirado por enfermidade desde marzo de 2015. Santos, natural de Muxía, foi ordenado sacerdote o 19 de xuño de 1969 en Sevilla, no VII Congreso Eu-
carístico Nacional. Tras unha etapa como coadxutor en Santa Comba, chegaría a Albixoi e Lanzá o 14 de outubro de 1970. Despois asumiría Vitre e Xanceda, onde viviu. Entre 2004 e 2008, foi arcipreste de Barbeiros. En 2009 trasladárono a Bueu e desde 2010 era arcipreste do Morrazo. Na súa marcha a Pontevedra,
os feligreses de Mesía e Frades despedírono cunha homenaxe masiva. Con relativa frecuencia, volvía. Santos tivo un papel imprescindible no desenvolvemento gandeiro da comarca, como fundador da Cooperativa Central, na que exerceu con éxito responsabilidades directivas durante anos.
24
Crónicas - Decembro 2016
xente dE aquí COMARCA Actos de concienciación e de educación no Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller
O rexeitamento á violencia de xénero salta ás aulas e á rúa Os centros educativos e espazos públicos como bares ou comercios convertéronse nos escenarios principais da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, na comarca. O Centro de Información á Muller da Mancomunidade convocou un concurso de carteis, que tivo como gañador un co lema ‘Aínda que teña a boca tapada, podo falar igual’, presentado por María José Rodríguez Duarte, estudante do IES Maruxa Mallo. O cartel distribuiuse por edificios públicos e establecementos privados, máis nas redes sociais. O segundo premio do certame foi para Wisal Fathallah Fathallah, do IES-1, e o terceiro para Lucía Sanjurjo Rei, do CPI da Pontecarreira. As mensaxes ideadas polos diversos participantes no concurso foron utilizadas para chapas e calendarios cos que se complementou a campaña. Algúns
deles son ‘Máis violeta e menos morado’, ‘Machismo escríbese con M de monstro’, ‘Nin nós violentos nin elas fráxiles’, ‘Deixemos as medias laranxas para facer zume’, ‘Control non é amor’, ‘Non deixes pegadas de feridas, deixa pegadas de felicidade’ e ‘Se non te fai feliz NON”. Paralelamente, nos centros educativos de toda a comarca desenvolveuse durante varias semanas o programa Igualar3 da Mancomunidade. Nas súas sesións, trataron de estimular entre o alumnado a formación crítica para poder medrar e relacionarse plenamente sen prexuízos sexistas. Lecturas de manifestos e declaracións institucionais, concentracións, representacións teatrais e musicais e exposicións foron outras iniciativas que se realizaron nos municipios da zona para conmemorar a xornada do 25-N.
Escolares despregan un lazo violeta na Praza Isaac Díaz Pardo de Sigüeiro (Oroso)
ORDES Día Internacional das Discapacidades
Teatro pola inclusión sen distincións O grupo de teatro da asociación Andaina Pro Saúde Mental representou en Ordes ‘O mercader de Venecia’, co gallo dos actos conmemorativos do Día Internacional das Persoas con Discapacidade. O actor e dramaturgo Fran Rey encargouse da adaptación da obra de William Shakespeare. O programa da xornada incorpo-
rou tamén a lectura do manifesto ‘Xuntos pola inclusión, sen distinción’ por parte dos usuarios e usuarias do curso de habilidades sociais que se imparte no Mesón do Vento. O alumnado de varios centros educativos estivo presente nestes actos. Tamén o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, e a concelleira de Benestar Social, Susana García.
Estudantes cos seus lemas do 25-N e entrega de premios do concurso do CIM
Establecementos públicos contribuíron a difundir as mensaxes da campaña comarcal contra a violencia de xénero
Concentración e lecturas de rexeitamento á violencia contra a muller na Casa do Concello de Cerceda
Crรณnicas - Decembro 2016
25
PUBLICIDADE
26
Crónicas - Decembro 2016
xente dE aquí OROSO
TORDOIA Con xogos, asumiron a importancia de comer de maneira san e variada
Convocado o segundo certame de traballos de investigación sobre o Camiño Inglés
Os nenos e nenas da gardería aprenden alimentación saudable nun obradoiro
Xa está convocada a segunda edición do Certame Internacional de Traballos de Investigación do Camiño Inglés. Esta iniciativa, do Concello de Oroso, está aberta á participación de calquera persoa que presente un estudo sobre calquera faceta do itinerario xacobeo. A condición é que os traballos presentados sexan orixinais e inéditos. Deben presentarse en galego, castelán ou inglés antes do 31 de marzo do vindeiro 2017. Poden achegarse en papel ao Centro Cultural de Sigüeiro ou enviarse en formatos PDF ou Word a cultura@ concellooroso.com. O certame estableceu as categorías de investigadores (mínimo 18.000 caracteres), peregrinos maiores de 18 anos (diarios e relatos persoais dun mínimo de 5.000 caracteres) e mocidade menor de 18 anos (mínimo de 2.500 caracteres). En cada unha delas, outorgaranse diversos premios. Os dereitos de primeira publicación dos traballos serán do Concello.
A actividade serviulles para aprender a distinguir entre os alimentos sans e nutritivos e os que poden resultar menos saudables
Os nenos e nenas do Punto de Atención á Infancia (PAI) do Concello de Tordoia participaron nun obradoiro sobre alimentación saudable. Mediante actividades e xogos adaptados á súa idade, asumiron a impor-
tancia de habituarse a comer de maneira san e variada. O obradoiro serviu para que tamén se fixesen cun vocabulario básico sobre os alimentos, identificalos e sobre todo distinguir os que
son beneficiosos para a saúde e os que resultan pouco saudables se se abusa deles. Este é un dos diversos obradoiros educativos que o PAI de Tordoia desenvolve ao longo do curso entre os máis cativos.
OROSO Unha votación popular escolle entre os novos creadores o artista convidado no vindeiro GoisOrosoArte
Oroso revela e exhibe o seu talento creativo Son dezanove artistas que pasaron practicamente do anonimato a protagonizar unha exposición colectiva de novos talentos. Algunhas das súas creación puidéronse ver no centro cultural de Sigüeiro ata principios de decembro. Á vez, os visitantes puideron escoller o seu preferido mediante unha votación en urna para que no vindeiro certame GoisOrosoArte sexa o artista convidado para representar o municipio de Oroso. Na apertura da exposición, o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, felicitou aos artistas, de moi diversas idades, polo “paso adiante” de facer públicos os seus traballos. “Esta exposición é digna de encher de orgullo non só ás persoas que creastes estas valiosas pezas, senón a toda a cidadanía de Oroso”, asegurou o primeiro edil. Luís Rey, concelleiro de Cultura, destacou o “éxito de participación” acadado por esta convocatoria, comprometeuse a darlle continuidade e remarcou que este tipo de propostas deben servir tamén para “realzar o gran traballo que se desenvolve nos obradoiros culturais municipais, dos que saen moitas das obras da mostra”.
Participantes na exposición de novos talentos artísticos de Oroso, acompañados por representantes do goberno municipal
Pola súa parte, Tino Cuesta, como expositor e promotor da idea, explicou que a arte debe ser un patrimonio colectivo da sociedade e emprazou aos máis novos a “non deixarse influenciar polos adultos e manter vivo o seu espírito artístico” como forma de evasión da monotonía cotiá.
Na mostra puideron observarse pinturas, debuxos, tallas de madeira e incluso zocos elaborados de maneira artesanal. As dezanove persoas que expuxeron os traballos da mostra son: Lucía García Castelo, Celsa Suárez Pereiro, Miguel Vázquez Varela, Rebeca Pazos Maroño, María José Martínez Salvado, Raquel Pina Sánchez,
Adrián González Jiménez, Jenny Guldrís Zárate, Divina Otero Otero, Santiago Olivieri Hernández, Rafael Olivieri Hernández, Alfonso Sánchez Velazco, Emiliano Sánchez Velazco, María José Castilla Hernández, Eva María Carreira Carreira, Eva María Míguez Fandiño Vanessa Beis Guijarro, Concha Pena Souto e Jesús Pena Souto.
Crónicas - Decembro 2016
27
xente dE aquí OROSO
FRADES
Amigos do Camiño de catorce países fan parada en Sigüeiro
Adega A Coviña gaña o terceiro concurso de tapas municipal
Os visitantes coñeceron o centro de estudos sobre o Camiño Inglés en Sigüeiro
Actuación do grupo Sarillo no local gañador do certame gastronómico
Representantes de asociacións de Amigos do Camiño de Santiago procedentes de catorce países distintos efectuaron unha parada en Sigüeiro (Oroso) no seu percorrido polo Camiño Inglés. O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, recibiunos e emprazounos a colaborar na promoción do Camiño Inglés por todo
O establecemento Adega A Coviña é o gañador do terceiro concurso de tapas do Concello de Frades. Venceu coas súas propostas “espetada A Coviña” e “polbo con setas”. O premio é de 300 euros. O segundo posto (150 euros) foi para o Bar Vilariño, cun “montadiño de raxo”. Participaron ta-
o mundo. Mirás afirma que a repercusión acadada por esta ruta medrou moito nos últimos anos, pero “queda moito por facer para universalizala”. Como principais recursos para atraer camiñantes, o alcalde menciona o patrimonio histórico e cultural máis a espiritualidade.
mén O Noso Mesón, Bar Vilariño, Taberna O Mesón, Restaurante O Cadaval e A Casa Vella. Os premios entre os máis de 200 clientes participantes foron para Álex López, de Frades, cunha cea para dúas persoas na Casa Vella, e Sandra Gómez, do Pino, cun circuíto termal en Brión.
OROSO
Constantino Cuesta presenta o seu terceiro libro en Sigüeiro Constantino Cuesta, médico en Oroso e veciño do municipio, presentou ‘Una jaula de chiflados’, o seu terceiro libro. O acto tivo lugar no centro cultural de Sigüeiro ante máis dun centenar de persoas. A obra narra experiencias de enfermos mentais para “poñerlle cara aos invisibles, neste caso enfermos mentais, que non son apestados, son persoas que teñen a desgraza
de que lles caia enriba esa enfermidade”. Con todo, Cuesta precisa que o libro “non é un tratado de psiquiatría, é un paseo polas enfermidades mentais e ver como se desenvolve a vida destas persoas nun psiquiátrico”. O fin último é “desmitificar” as doenzas mentais. Cuesta foi presentado polo alcalde, Manuel Mirás, nun acto con música dos irmáns Smeu.
O autor (dta.) asina exemplares para persoas que asistiron á presentación
Crónicas - Decembro 2016
28
DEPORTES ATLETISMO
O Cross Ambiental e o Memorial Estevo Xosé celébrase en Ordes o vindeiro domingo 18 O vindeiro domingo, 18 de decembro, celébrase en Ordes a oitava Cross Ambiental e a cuarta Andaina Memorial Estevo Xosé. Tanto a proba principal como a andaina comezarán ás 16:30 horas no Campo da Feira. As súas teñen unha distancia de cinco quilómetros. Posteriormente irán dando saída ás categorías de menor idade, con percorridos menores. O prazo para inscribirse remata este 15 de decembro, a través da páxina web carreirasgalegas.com. No teléfono 660 694 586 ou no enderezo de correo electrónico atletismoordes@hotmail.com ofrecen máis información. A organización, integrada polo Club Atletismo Ordes e o Concello, establece trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, agás a biberón. Tamén hai trofeos para os tres primeiros do municipio na proba absoluta, para os tres primeiros clubes e para o centro educativo que achegue o maior número de participantes. Colaboran e patrocinan estas probas María Fraga, Eurofrut, Panadería Gende, A Bolera, Nogallás, Susana Morlán, Bar Correos e a Deputación da Coruña.
ORDES A entidade crea canteira coas súas escolas deportivas de fútbol sala
O Jogafán Fútbol Sala presenta os seus equipos para a nova tempada
As diferentes categorías de idade das escolas deportivas do Jogafán Fútbol Sala suman uns 120 nenos e nenas
O Jogafán Fútbol Sala, de Ordes, presentou recentemente de maneira oficial as súas aliñacións para as categorías biberón, prebenxamín, benxamín, alevín e cadete, ademais do equipo principal que compite na liga local desta especialidade deportiva.
ATLETISMO Participaron en catro probas
Tres primeiros postos en campo a través para estudantes do Castelao Tres de catro para a representación do colexio Castelao, de Ordes, na fase comarcal de campo a través do programa Xogade, de deporte en idade escolar. As probas disputáronse hai uns días no Pino e o centro educativo ordense participou con 37 estudantes nas categorías alevín e infantil. Segundo informan desde o propio centro, Nadia González Vázquez proclamouse campioa en alevín feminino, Yago Ferreño González en alevín masculino e Samuel Fariñas Fernández en infantil masculino. Estes tres triunfos no total das catro probas nas que competiron alumnos e alumnas do CEIP Castelao permítenlles falar dunha “gran xornada”.
O programa Xogade, dependente da Xunta, é unha iniciativa lúdica e deportiva que pretende facilitarlles aos escolares a posibilidade de practicar deporte e competir con outros clubes e colexios de todo o territorio galego. O propósito é contribuír ao fomento do deporte educativo e saudable no conxunto da sociedade desde as idades máis temperás. Deste xeito, combínanse probas deportivas e competitivas, tanto no ámbito escolar como federado, cun programa lúdico e participativo con cabida para estudantes de centros educativos de toda Galicia. Dous intres das probas de campo a través disputadas no Pino.
O club favorece así a participación de 120 nenos e nenas nas escolas deportivas de fútbol sala durante esta tempada 2016-2017. O Concello de Ordes efectúa unha participación “activa” nesta iniciativa. Na presentación oficial, o alcalde ordense, José Luis Martínez Sanjurjo,
amosouse satisfeito “polo alto nivel de participación e pola gran calidade que presenta a canteira”, segundo indica o Concello. De feito, a entidade é un dos grandes referentes no mundo do fútbol sala de base na provincia e en toda Galicia.
Crónicas - Decembro 2016
29
DEPORTES MEDALLAS Recollen triunfos en varias competicións
Novos éxitos para Emma Núñez en kárate e para o taekwondo comarcal Novos éxitos para en kárate e taekwondo para deportistas da comarca ordense nas últimas semanas. Emma Núñez, de Cerceda, alcanzou a medalla de bronce no XLIII Campionato de España de Kárate, na categoría cadete júnior e sub-21 e modalidade kata (forma ou técnica), que se disputou en Tenerife. Na primeira ronda, Núñez desfíxose dunha rival manchega por 4-1. Despois mediuse cunha asturiana, impoñéndose por 5 a 0. Con este mesmo resultado, avanzou na competición fronte a unha andaluza. Nas semifinais, perdeu por un axustado 2-3 contra a madrileña que ao final obtería a medalla de ouro. Na pugna polo terceiro posto, gañoulle a unha extremeña por 3-2. Esta competición foi o remate do ano deportivo para a deportista de Cerceda, que colleitou múltiples triunfos nos ámbitos español e internacional durante estes meses. “É
a guinda a un ano de grande esforzo e traballo feito con moitas ilusións”, comentan desde a súa contorna. En canto ao taekwondo, os deportistas locais obtiveron dezasete medallas no Open Internacional de Moaña RG 3, pertencente ao circuíto galego. As de ouro foron sete e corresponderon a Tania Gándara, Manu Castro, Sara Gacio, Sara Soneira, Carla Diéguez, Dani Botana e Christian Salgueiro. As dúas pratas acadáronas Ainara Loureiro e Alex Rey. E os oito bronces recaeron en Mateo Boudjenane, Eliana Suárez, Álvaro Regueiro, Olaya Blanco, Abril Viqueira, Alba Rosende, Diego García e Hugo Turnes. En probas previas, os deportistas do club Boudsport fixéronse con quince preseas na Copa da Coruña RG 3, once no Cidade de Pontevedra RG 5 e outras once no Cidade de Riveira RG 5. Resultados que sitúan algúns deles en liderados galegos.
Competidores da zona no recente Open Internacional de Moaña de taekwondo
Emma Núñez, bronce no Campionato de España de Kárate
30
Crónicas - Decembro 2016
DEPORTES DEPORTE DE BASE Os clubs e a administración local cooperarán na organización de diferentes actividades
Catorce entidades deportivas de Oroso acceden a cadanseu convenio de colaboración co Concello Catorce entidades deportivas do municipio de Oroso asinaron cadanseu convenio de colaboración co Concello. Os acordos pretenden “fomentar unha cooperación activa para o desenvolvemento de temas de interese común”, en palabras do alcalde, Manuel Mirás, que estivo acompañado no acto de sinatura polo seu concelleiro de Deportes, Luís Rey Villaverde. En conxunto, a administración local e as entidades deportivas traballarán para fomentar a organización de actividades formativas, recreativas e competitivas, coa intención de fomentar o deporte de base. O Concello comprométese a promover os distintos deportes nos centros educativos e a proporcionar as instalacións para as accións que se programen. Asinaron os convenios José Ferro, do Sigüeiro FC e da ED Xuventude Oroso; Valeri Malov, do Oroso Tenis de Mesa; Nuria Castro, do Tenis de Mesa Espedregada; Amancio Espiñeira, do Tambre Bike; María Fernández, do Ximnasia Oroso;
Representantes das distintas entidades, tras asinar os convenios co Concello, representado polo alcalde e o edil de Deportes
Franklin Salas, do Club Leones de beisbol; José Manuel Ruíz González, do Patín Oroso; Ignacio Pereiro, do Oroso Fútbol Sala; Ramón Castiñeira, do Taekwon-do ITF Oroso; Juan Ramón Salgueiro, do Xadrez Oroso; Manuel Souto, do Oroso Motor Sport; e Theodor Smeu, do Hípica Oroso. Non lle foi posible acudir na mesma xornada Francisco José Muñiz, do Club
DEPORTE SOLIDARIO
O Torneo Mesía Contra o Cancro celébrase este ano en dúas xeiras O Torneo Solidario de Fútbol Sala Mesía Contra o Cancro, que este ano chega á súa novena edición, celébrase esta vez nunha doble xornada. Serán os venres 23 e 30 de decembro, a partir das 20:00 horas, no pavillón polideportivo municipal en Olas. Os equipos que estean interesados en participar dispoñen aínda ata este 15 de decembro para inscribirse, remitindo os datos precisos ao enderezo electrónico elenarocamoro@concellodemesia.gal. A admisión dos doce equipos será por orde de anotación. Durante esas xornadas, as persoas que asistan como espectadoras poderán depositar as súas doazóns nunha urna dispoñible no polideportivo. Para quen non teña ocasión de acudir eses días, pode contribuír coa causa solidaria no Concello, onde xa está instalada a propia urna. No torneo, que o ano pasado recadou preto de 3.000 euros, colaboran diversas empresas, aso-
Deportivo Alecrín, que asinou uns días despois. O Concello destaca que en Oroso practican deporte a través destas entidades unhas 1.200 persoas. O alcalde defendeu que nos últimos anos melloraron as infraestruturas deportivas, pero recoñeceu que “non é suficiente”. Comprometeu un novo campo de fútbol, reparacións en dis-
tintas instalacións e un incremento das axudas deportivas. Sobre estas últimas, o concelleiro de Deportes explicou que a convocatoria deste ano establece que a documentación ten que presentarse mediante o rexistro electrónico. Para axudarlles nesta tarefa aos responsables dos clubs, ofreceu o apoio do persoal do departamento.
CACHIBOL
Mesía envía unha delegación ao Día Galego do Cachibol
ciacións e outras entidades. Todo o diñeiro obtido destínase a apoiar o labor da Asociación Española Contra o Cancro (AECC). TORNEO INFANTIL Ademais, por segundo ano, o Concello de Mesía organiza o Torneo Infantil Mesía Solidaria. Está fixado para o 30 de decembro no pavillón de Olas, en sesións de mañá (11-14 horas) e de tarde (1619 horas). Neste caso, as inscricións e as entradas canxéanse por quilos de alimentos non perecedoiros que Cáritas destinará a familias desfavorecidas e por diñeiro para a asociación de persoas con discapacidade Amarai, con sede en Boimorto. O prazo para anotarse neste torneo, con categorías benxamín (6-10 anos) e infantil (11-14 anos) remata o 22 de decembro. A inscrición tamén se efectúa remitindo un correo electrónico a elenarocamoro@concellodemesia.gal
Veciños e veciñas de Mesía que practican o cachibol, en Santa Comba
Unha vintena de veciños e veciñas de Mesía participaron no Día Galego do Cachibol, que se celebrou en Santa Comba. Competiron con equipos de Vigo, Ourense e a propia localidade anfitrioa. Esta especialidade deportiva, moi indicada para manter activas as articulacións e exercitar con suavidade o sistema muscular, conta con numerosos afeccio-
nados en Mesía. O Concello programa sesións no polideportivo municipal en Olas todos os luns. Para o Nadal, preparan tamén dúas xornadas especiais deste deporte. Unha o mediodía do 23 de decembro no pavillón de Visantoña, e a outra no de Olas o 5 de xaneiro a partir das once da mañá. A asistencia é de balde e aberta a toda a familia.
Crónicas - Decembro 2016
31
OPINIÓN Caminamos hacia el final de un año turbulento. Iniciamos el mes de las buenas intenciones, del turrón y de las fiestas familiares. Carguemos bien la cesta de ilusiones y esperanzas pues el 2017 viene muy incierto y huele a nuevas elecciones generales. Mientras tanto, constituidas ya las Cortes y formado Gobierno, se intenta buscar serenidad y normalización en la actividad política. Recibimos la noticia de la muerte de la exalcaldesa de Valencia, Rita Barberá, y la noticia de la ausencia de los miembros de Unidos Podemos al minuto de silencio guardado por el Congreso. Hay actuaciones que van más allá de la esfera política. Unidos Podemos ya ha entrado con pleno derecho en la actividad parlamentaria de este país, con el voto de los españoles y en el Plenario del Congreso de los Diputados han prometido acatar el Estado de Derecho. En ese marco político, al que tanto ansiaban subir, las reglas son iguales para todos los diputados y máxime para los portavoces. Al adquirir la condición de di-
¡Feliz 2017! Por María Esther Couto Rivas putado, debiera adquirirse también la altura moral del saber estar en toda circunstancia o condición. No se puede entrar y salir del sistema una vez aceptado. Si no les gusta y quieren cambiar las normas, que lo intenten, pero desde dentro del arenal. Hay fechas, como el Día de la Hispanidad, la Apertura de las Cortes por los Reyes, el Día de la Constitución, donde debieran estar los diputados, tod@s, y máxime los portavoces. Si el colchón de votos de este partido está en la juventud, flaco favor le están haciendo a la sociedad española, con su faltas de respeto a las Instituciones del Estado. No pretendo aportar dureza o agresividad al debate, ni focalizarlo en Unidos Podemos, no es en absoluto mi intención. Es una reflexión sobre la que se llama “nueva política”. Actuaciones, comportamientos y ac-
titudes que sobrepasan el plano político. Recuerdan la escena del tercer teniente alcalde del Ayuntamiento de Badalona, gobernado por una coalición liderada por Guanyerm, rompiendo el auto del Juzgado de lo Contencioso-Administrativo que impedía la apertura de las instalaciones municipales el 12 de octubre. O la detención de la Alcaldesa de Berja, Montse Ventura (Cup), por incomparecencia ante un juez de Berja que la cita para declarar como investigada (imputada). Llegamos a situaciones tan fuera de tiesto como intentar institucionalizar la desobediencia al Estado en el Parlament de Cataluña. La foto del homenaje que la Comisión de Cultura del Congreso ofreció al poeta Marcos de Ana evidencia lo irrespetuoso de la actitud del portavoz y viceportavoz de Ciudadanos, Toni Cantó y Félix Álvarez, provenien-
tes del mundo de la Cultura, curiosamente. Son reflexiones necesarias ante escenas como la representada por el portavoz de En Marea en el Parlamento Gallego, recuerdan como lo presentaba en campaña electoral el Sr. Beiras, “é un maxistrado”, el Sr. Villares, quien ahora en el arenal político reacciona ante la Constitución como un modelo “esgotado” y “baleiro de contido” por lo cual no acuden a los actos del Día de la Constitución. ¿Para esto quieren las nuevas fuerzas el poder que dan los votos? En la carta a los Reyes Magos de este año, les voy a pedir dosis de ÉTICA POLÍTICA porque con estas actitudes, no sólo se está dañando la escena política, se está trasmitiendo a la Sociedad una serie de valores negativos que afectan directamente a nuestros cimientos. Es el mundo al revés. Les deseo FELIZ AÑO 2017 y, para restar dramatismo, quiero terminar con una frase de ilusión: recuerden que a pesar de todo, siempre nos podrá tocar la LOTERÍA DE NAVIDAD.
A “Columna Sanfíns” en Ordes. 80º aniversario Por Carlos C. Varela Andan as amigas de Lousame a homenaxear e a recuperar a memoria da Columna Sanfíns, que hai 80 anos pasou por Ordes na súa marcha pola liberdade. A CNT Galiza e a “Sociedade Histórica e Cultural Coluna Sanfins” veñen de publicar o libro de Lorena Cuevas e Eliseo Fernández Breve Historia da Coluna Sanfins, que xunto coas investigacións de Manuel Pazos Gómez permite coñecer mellor a defensa de Ordes contra o golpe militar. A sublevación fascista de 1936 collera os mineiros de Sanfíns, parroquia de Vilacoba (Lousame), moi ben organizados e dispostos a resistir. Na mañá do 20 de xullo ducias de traballadores reúnense no Chan da Mina para artellar a resistencia: requisan camións e autobuses e prepáranos para o combate, blindándoos e cargándoos de explosivos sacados das minas. Lideran a que se dará en chamar Columna Sanfíns os anarcosindicalistas Enrique Fernández, secretario xeral da Confederación Regional Galaica, e Alfonso Fandiño Ricart (irmán das famosas “dúas Marías” de Compostela). Tamén participou un mineiro natural de Ordes, Ramón Prego N., de Mañufe (Mercurín), que contaba 25 anos e era afiliado do Sindicato Mineiro da CNT. Despois de reunirse en Noia, a
Columna diríxese a Compostela, parando brevemente antes en San Xusto de Urdilde, onde o alcalde galeguista Ánxel Casal os recibirá na praza do Obradoiro, que se enche de xente. Arengándoos desde o balcón do concello, Casal pídelles aos mineiros que partan inmediatamente para A Coruña, onde os militares apoian abertamente o golpe de Estado. Únense á Columna Sanfíns, en autobuses do Castromil, máis obreiros e antifascistas da cidade, entre eles un rapaz de 16 anos: Isaac Díaz Pardo. Saen de Santiago contra as 20h30, momento que os militares aproveitan para saír do Cuartel de Artillaría de Compostela e atacar, sen seren capaces de deter a Columna.
Ao chegar a Ordes os mineiros encóntranse con xente reunida diante do concello. Na vila xa se formara un comité de defensa da Frente Popular no día 19, que contaba cunhas milicias populares dirixidas polo doutor Alonso Puente. Estas informan de que detiveran o xeneral sedicioso Aureliano Sánchez Ocaña, e de que cavaran trincheiras defensivas en Vila Valdés. Neses momentos a Columna Sanfíns debátese entre levar as súas forzas á defensa de Pontevedra, organizada por Alexandre Bóveda e os comunistas, ou á Coruña, cidade de hexemonía anarcosindicalista. Vence esta última opción, e incorpóranse á Columna dúas camionetas con antifascistas ordenses, en-
tre eles o xastre socialista Manuel Ponte Pedreira. Chegan á Coruña na madrugada do 21, e acampan xunto a fábrica de calzados de Ángel Senra. Ás 6 da mañá entran en combate, mais a situación xa era moi difícil. Non obstante, liberan as rúas até a praza de Ourense, e algúns milicianos chegan aos arredores de María Pita. Finalmente a Columna ten que repregarse como pode. Enrique Fernández e Ramón Rodríguez Varela –quen pasará á historia como o guerrilleiro Curuxás– fanse cun camión co que cobren a súa retirada entre o Mesón do Vento e Santa Baia. Outro grupo regresa a Ordes onde
fican colaborando na defensa da vila: colocan dinamita, soben aos tellados para vixiar, etc. Tamén incendian a secretaría do Xulgado -único incidente neses días- e requisan armas polas parroquias, nalgunhas xunto cos frentepopulistas de Mesía. Ían sumarse a eles os anarquistas de Trazo, que tomaran o goberno municipal e encheran un pequeno autobús requisado cunha vintena de homes armados, pero á altura da Pontraga parounos un mestre -seguramente Ángel Jesús Caamaño Villaverde, de Parada- e díxolles que desen a volta: a República e a liberdade xa caeran en Ordes, vila ocupada polo exército golpista procedente da Coruña.