Crónicas
Lugar de Orro, 100 CULLEREDO
Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 37 - Xaneiro de 2017
680 509 760
Un de cada tres fogares da área ingresa só prestacións sociais O 30 % dos fogares da área na que se integra a comarca de Ordes dependen totalmente das prestacións
públicas para sobrevivir. Pensións, subsidios de desemprego ou axudas sociais son o seu único ingreso, segundo
os datos dun amplo estudo do Instituto Galego de Estatística (IGE). O informe revela ademais que a taxa de risco
de pobreza e exclusión social subiu en Galicia en 2015, ata o 22,55%, logo de dous anos Páx. 16 baixando.
Ordes non pode quedar ás escuras
ORDES
O alcalde reclama máis investimentos ante a Xunta Páx. 4
COMARCA
A falta de medios e a gripe saturan as urxencias do CHUS Páx. 13
OROSO
Protesta en Calviño Bascoy polos dereitos laborais Páx. 19
Recollen sinaturas contra os apagóns para a empresa eléctrica e propoñen trasladarlle a reclamación á Xunta
COMARCA
Páx. 3
Darán a compostela no Camiño Inglés desde A Coruña Páx. 12
ORDES
Xa se fixeron efectivos 89 despedimentos en Viriato
Páx. 18
COMARCA
Tordoia e Frades aproban os seus orzamentos para 2017
Páx. 8
ORDES
Nace ANOSA, a axencia especial escolar galega Páx. 26
2
Crónicas - Xaneiro 2017
Actualidade OROSO A decisión foi tomada de acordo cos Concellos de Ordes e Frades para non perder subvencións provinciais
Oroso recupera as competencias en servizos sociais básicos cedidas na Mancomunidade O Pleno Municipal do Concello de Oroso acordou recuperar as competencias municipais en materia de prestación de servizos sociais comunitarios básicos que actualmente se prestan de forma mancomunada a través da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes. Unha medida tomada cos votos a favor de PSOE e BNG e os votos en contra de PP e Anova, disconformes coa subrogación das dúas traballadoras que actualmente prestan este servizo na Mancomunidade. A decisión, tomada de acordo cos Concellos de Ordes e de Frades, terá os seus efectos no ano 2018, xa que os Estatutos da Mancomunidade ordense establecen que os acordos de separación deberán ser comunicados á entidade supracomarcal con, cando menos, un ano de adianto. Interese económico A recuperación para o Concello dos servizos sociais comunitarios básicos non foi discutida por ningún partido. O goberno defendeuna por interese económico, xa que a nova lexislación impide axudas da Deputación á Mancomunidade por ter máis de 20.000 habitantes, polo que estas terían que ser achegadas pola Xunta de Galicia. Un informe da Deputación da Coruña asegura que Oroso mantería cando menos os case 40.000 euros de axuda anual concedidos o ano pasado se a solicita de maneira independente. No resto da comarca, só Ordes e Frades manteñen os servizos sociais na Mancomunidade. Os demais Concellos desvinculáronse hai xa anos, por razóns de eficiencia e xestión. O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, recoñeceu que foi “remiso” a tomar a decisión porque cre que “a
PSOE e BNG aprobaron recuperar para o Concello os servizos sociais
unión de Concellos é boa” e culpou á Xunta pola “chapuza” do novo modelo de financiación. Noutros servizos, amosou a vontade de seguir na Mancomunidade e tamén a de incorporarse á Mancomunidade de Santiago, se se reactiva. Esta última cuestión é compartida polos demais grupos. Sen embargo, sobre os servizos sociais, o PP precisou que “só o tempo” dirá se melloran en eficacia e custo prestándoos fóra da Mancomunidade ordense. Subrogación Porén, a obriga de subrogar ás dúas traballadoras da Mancomunidade de Ordes que actualmente prestaban os seus servizos como Educadora Familiar e Traballadora Social ocasiounou unha dura pugna dialéctica entre as formacións políticas, xa que unha delas é a esposa do edil Antonio Leira. Mentres o goberno amosou informes xurídicos e do Secretario e Interventor do Concello que de-
fenden a obriga legal de realizar a subrogación, o PP expresou dúbidas e Anova acusou ao goberno de “clientelismo político”. O goberno de Manuel Mirás defende estas incorporacións como unha “obriga legal”, botando man de informes da Deputación e da Secretaría e Intervención municipal. Ambos documentos coinciden en que se debe aplicar o Estatuto dos Traballadores e por tanto subrogar o persoal adscrito ao servizo no municipio. Ademais, o propio informe precisa que “de ningunha maneira” é posible que estas traballadoras poidan adquirir a condición de funcionario no Concello mediante a subrogación, polo que o alcalde non entendeu as críticas lanzadas pola oposición. Mirás defende que o procedemento seguido é axeitado. “Se non subrogamos, como vostedes din, o que pasaría é que esas traballadoras levaríannos aos tribunais e entón si que terían a praza fixa”, advertiu Mi-
rás. O rexedor anticipou tamén que os postos serán cubertos cunha oposición pública, pero antes teñen que ser incluídos na Relación de Postos de Traballo do Concello. Advertiu de que o tribunal de selección non ten cargos políticos e mesmo emprazou á oposición a escoller os funcionarios que o integrarían, como mostra de absoluta transparencia. Para o PP, a subrogación resulta “difícil de entender”, en palabras do seu portavoz local. Alexander Doval , que admite que o proceso pode ser legal, pero “habería que explicarlles tamén aos veciños que o Concello terá que pagar máis diñeiro por esas traballadoras” ao ter que aplicar o seu convenio laboral, mellor que o da Mancomunidade. Xosé Manuel Pérez (BNG), que votou co goberno, manifestou que “isto non sería un problema se unha das traballadoras que se pretende subrogar non fose quen é” e pediu evitar as cuestións persoais.
Crónicas - Xaneiro 2017
3
Actualidade ORDES Os apagóns repetíronse nos últimos tempos ocasionando danos e molestias
COMARCA
Unha campaña recolle sinaturas contra os cortes na subministración eléctrica
Mesía e Ordes reciben parcelas do Banco de Terras para habilitar espazos de uso público
Unha campaña recolle sinaturas ata finais deste mes de xaneiro para reclamar solución aos frecuentes cortes na subministración eléctrica en Ordes. Trátase dunha iniciativa aberta a toda a veciñanza, que pode asinar nas follas de reclamación dispoñibles na Casa do Concello e nos establecementos comerciais e hostaleiros. O escrito de reclamación elaborado no Concello constata a “preocupación” entre a cidadanía e o “grave prexuízo” para a economía local que ocasionan estas deficiencias do servizo eléctrico, ás que o texto se refire como “cortes reiterados motivados por causas descoñecidas”. Sinalan ademais que a situación “lonxe de solucionarse, vaise agravando con interrupcións cada vez máis prolongadas”, polo que ven necesaria unha reparación urxente dos fallos que se estean producindo. As sinaturas vanse remitir á empresa responsable da subministración eléctrica no municipio, segundo anticipa o goberno local.
A Xunta de Galicia aprobou a cesión de parcelas que figuraban no Banco de Terras aos Concellos de Mesía e de Ordes, co propósito de que sexan destinadas a fins de interese social. No caso de Mesía, o Concello obtén unha extensión de 4.743 metros cadrados na que o goberno municipal ten previsto crear unha área pública de lecer. En Ordes, a parcela é de 795 metros cadrados e está situada en Ardemil. A pretensión municipal é tamén a de acondicionar unha área recreativa. Este tipo de cesións de parcelas serven para atender demandas de Concellos e de veciños ou veciñas en parroquias afectadas por concentracións parcelarias. Á vez, a Administración autonómica avanza na regularización do seu patrimonio, de maneira que no Banco de Terras de Galicia permanezan unicamente aqueles predios nos que se determine a existencia dun interese agrario.
rama”, manifestou Pablo Vidal, portavoz nacionalista, que acusa ao goberno de querer ocultar unha suposta falta de xestión coa campaña de sinaturas.
As sinaturas recóllense no Concello e en tendas, bares e restaurantes
DIRIXIRSE Á XUNTA No próximo pleno municipal, os cortes de luz vanse tratar a raíz dunha petición do BNG para poñer as carencias en coñecemento da Xunta de Galicia. O Bloque indica que os apagóns foron habituais en 2016 e 2017 comeza con varios máis. “Non é comprensible esta problemática, dada a situación privilexiada de Ordes de cara á subministración de enerxía eléctrica, a carón da central térmica de Mei-
TAXA DE REDES Tamén en relación coas compañías eléctricas, e as de gas e hidrocarburos, o grupo dos nacionalistas vai propoñer que o Concello elabore e aprobe unha ordenanza fiscal que sirva para cobrarlles unha taxa pola utilización ou aprovietamento do dominio público local coas súas redes de subministración e distribución. Vidal explica que varias sentenzas recentes do Tribunal Supremo avalan a aplicación deste tipo de ordenanzas, de maneira que se permite considerar como construcións as liñas eléctricas e as conducións de gas e de hidrocarburos. O BNG tamén propón que se rebaixen o IBI e o ICIO que paga a cidadanía por un importe similar ao que se consiga recadar polas redes de subministración de enerxía e combustibles.
4
Crónicas - Xaneiro 2017
Actualidade ORDES O alcalde preséntalle unha longa serie de peticións en espera de resposta ao delegado provincial da Xunta
Martínez Sanjurjo empraza á Xunta a novos investimentos Pedíronlle máis do que ofreceu. O delegado provincial da Xunta, Ovidio Rodeiro, recolleu unha morea de peticións do Concello na súa reunión co alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, en Ordes. Unha das propostas máis destacadas presentadas polo goberno municipal é o financiamento para obras na rede de saneamento na zona da Pedreira (Lesta), así como a necesidade de renovar o saneamento e o sistema de recollida de augas pluviais na avenida de Alfonso Senra, cando menos desde o sur da vila ata a altura das rúas Mundito e Compostela. A demanda vai dirixida á Consellería de Medio Ambiente e está valorada nuns 550.000 euros.
En canto a infraestruturas de comunicación, o alcalde puxo sobre a mesa a conexión da AC-413, a estrada de Carballo, coa N-550, evitando o paso pola vila de cuantioso tráfico pesado que se dirixe á AP-9. Martínez Sanjurjo tamén reclamou axudas para o desbroce de pistas e camiños e expuxo a necesidade de que o Concello conta cun tractor e unha desbrozadora novos. Tamén en relación con Medio Rural, incidiu en que os trámites da concentración parcelaria de Poulo deben comezar “canto antes”. Outras peticións foron que a Xunta apoie a reconstrución da ponte de Lesta, equipamentos para a Policía Local e para Protección Civil, me-
Ovidio Rodeiro, delegado provincial (esq.) e José Luis Martínez Sanjurjo, alcalde
lloras no transporte metropolitano, a activación do viveiro de emprendedores no antigo centro comarcal, equipamentos nas instalacións deportivas de Vista Alegre ou a construción dun parque infantil cuberto. ACCIÓNS EN MARCHA Na visita, Rodeiro e Martínez Sanjurjo aproveitaron para repasar varias obras xa previstas e coñecidas que se
poderán acometer nos vindeiros meses. Entre elas, a reparación da coñecida como estrada de Mercurín desde que por fin en novembro foi asumida pola Xunta, investimentos en infraestruturas agrarias procedentes de financiación europea, a rehabilitación da antiga casa rectoral de Poulo como albergue de peregrinos no Camiño Inglés ou o centro polivalente, que levará o nome de Isabel Cendal.
TORDOIA Datos avaliados entre o Concello e a Xunta
Case mil horas anuais de atención á dependencia
O alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro (esq.) recibiu o delegado provincial da Xunta
Tordoia acadou en 2016 un total de 931 horas de servizo de axuda no fogar a persoas en situación de dependencia, cando en 2015 foran 834. Este incremento do 14% foi un dos datos que trascenderon na visita do delegado provincial da Xunta, Ovidio Rodeiro, ao Concello dirixido por Antonio Pereiro. Coa atención acadada, en Tordoia estarían tendo resposta todas as persoas en situación de dependencia.
Segundo a Xunta, toda a demanda deste tipo de servizo tamén está cuberta no conxunto de Galicia. Rodeiro e Pereiro analizaron diversos proxectos que a administración autonómica acometeu en Tordoia nos últimos tempos e comentaron “futuros proxectos”. Non obstante, o goberno autonómico non ofreceu detalles nin comprometeu publicamente nada sobre novas iniciativas solicitadas polo Concello.
TRAZO Coñeceu unha pequena asociación de mulleres, viuse co alcalde e acudiu ata unha explotación leiteira
Visita con varias paradas da conselleira do Medio Rural A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, acudiu a Trazo nunha visita que a levou a atoparse cunha pequena asociación de mulleres, co alcalde e a pisar unha explotación leiteira, sen que en ningún dos casos anunciase iniciativas ou investimentos concretos para o municipio. Vázquez reuniuse coas integrantes da asociación Amuga, creada en marzo do ano pasado por oito mulleres tracenses. A conselleira interesouse polo seu funcionamento e animounas a seguir traballando no rural, destacando o seu carácter empren-
dedor e a capacidade para conciliar a vida laboral e familiar no agro, segundo a Xunta. Co alcalde, José Dafonte, o encontro limitouse a analizar o estado das concentracións parcelarias en Trazo e intervencións en camiños xa programadas desde hai tempo. O periplo rematou na Sociedade Agraria de Transformación Casa Fernando, no Vilar (Campo), integrada por tres socios e con 344 vacas producindo leite. A entidade foi subvencionada con 53.000 euros para unha sala de partos e un pozo de purín.
Encontro da conselleira Ángeles Vázquez coas integrantes da asociación Amuga
Crรณnicas - Xaneiro 2017
5
PUBLICIDADE
Crónicas - Xaneiro 2017
6
Actualidade ORDES
OROSO O alcalde confía en que a situación aínda se poida regularizar sen tirar nada
O BNG pide que a Xunta contemple diñeiro para ampliar a depuradora
O Concello encarga o proxecto técnico de demolición dos chalés de Vilanova
O BNG de Ordes reivindicou a ampliación da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) que dá servizo á vila e zonas próximas. A petición figura nas emendas que o grupo parlamentario nacionalista presenta aos Orzamentos da Xunta de Galicia para este 2017. Pablo Vidal, portavoz municipal do Bloque, explica que a depuradora de Ordes necesita máis capacidade, posto que é unha infraestrutura planificada para unha poboación de 6.500 habitantes, que en realidade atende uns 7.100 e a maiores recibe diversas redes de augas pluviais. A petición inclúe ademais a construción dun tanque de tormentas, a supresión dos conductos de fibrocemento no abastecemento de auga da vila, que ocasionan avarías frecuentes pola súa natureza e idade, e a dotación de servizos de abastecemento de auga potable e saneamento de augas residuais nas parroquias, que en boa medida carecen destes servizos esenciais.
Novos trámites sobre a situación dos sete chalés de Vilanova, nas inmediacións do acceso á AP-9 en Sigüeiro (Oroso). A Alcaldía encargoulle á propia oficina municipal de urbanismo a elaboración dun proxecto básico e de execución da demolición dos inmobles, que teñen a súa licenza anulada por unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Con este encargo, de finais do pasado mes de novembro, o Concello asume a execución subsidiaria do proceso. Faino despois de que a empresa promotora (Promociones Inmobiliaras Chinto, SL) non respondese ao requerimento municipal de presentar o proxecto para a demolición no prazo establecido. Aínda que o Concello asume os labores para non entorpecer o cumprimento da sentenza, serán a costa da empresa. Entre as persoas afectadas, aumenta a preocupación e hai quen xa dá por inevitable a perda da súa vivenda. Por iso, existen xa unha reclamación de responsabilidade patrimonial ao Concello, que rondaría os
MESÍA
Buscan apoio para ampliar a ponte no vial Mesía-Boimorto
A licenza municipal para as sete vivendas, de 2002, foi anulada por sentenza xudicial
300.000 euros, de acordo coa valoración ofrecida pola persoa prexudicada. Fundamenta a súa reclamación ao Concello en que foi el quen concedeu a licenza, que data de xullo de 2002. BUSCA DE ENCAIXE Sen embargo, o goberno de Oroso considera que aínda é posible un en-
caixe legal para o caso. Por iso, á vez que atende os requerimentos xudiciais tramita unha regularización das vivendas. O executivo que lidera Manuel Mirás sostén que non tería sentido a demolición dos inmobles dada a actual lexislación urbanística, que permitiría “construír exactamente o mesmo no mesmo lugar ao día seguinte da demolición”, explican.
ORDES
Invisten 40.000 euros na renovación de oito semáforos
A conselleira do Medio Rural, coa alcaldesa de Boimorto e o alcalde de Mesía
Os Concellos de Mesía e Boimorto reclamáronlle apoio á Xunta de Galicia para ampliar unha ponte na estrada que comunica os dous municipios. Foi nunha reunión da conselleira do Medio Rural, Ánxeles Vázquez, co alcalde de Mesía, Mariano Iglesias, e a alcaldesa de Boimorto, María Jesús Novo. Os dous rexedores expuxeron que se trata dunha obra moi
necesaria para facilitar as comunicacións na zona. Ademais, no encontro analizaron a situación do sector primario nos dous municipios. A conselleira destacou que Mesía e Boimorto recibiron o 7 % das axudas de toda a provincia para plans de mellora e incorporacións xuvenís. En Mesía aprobáronse dezaseis expedientes e en Boimorto sete.
Os semáforos que se están retirando tiñan máis de corenta anos
Oito semáforos da avenida de Alfonso Senra, nas interseccións coas Rúas de Galicia, do Recreo e dos Lagartos, están sendo renovados cun investimento de 40.000 euros. As tarefas consisten na revisión, a instalación de ópticas con tecnoloxía LED, a instalación de
novas columnas, pulsadores e cables, e a renovación de armarios semafóricos. Esta intervención, que durará unhas semanas, permitirá retirar semáforos que foran instalados hai uns corenta anos e que con frecuencia presentaban avarías pola súa natureza obsoleta.
Crรณnicas - Xaneiro 2017
7
PUBLICIDADE
8
Crónicas - Xaneiro 2017
Actualidade TORDOIA
TORDOIA O Concello xa conta con 2.420.000 euros e confirmará máis investimentos
Crearán o servizo de xestións municipais a través de internet co apoio da Deputación
Tordoia destaca os servizos sociais nos seus orzamentos para este ano
O Concello de Tordoia sumouse ao acordo xeral coa Deputación da Coruña para crear a súa sede electrónica. Este servizo permitirá que os veciños e veciñas máis os traballadores públicos poidan efectuar numerosos trámites a través de internet en calquera momento e lugar, aforrando tempo, desprazamentos e custos. A sede do Concello estará configurada como unha subsede da provincial para dar o soporte técnico necesario para as tramitacións, permitir o arquivo electrónico dos expedientes e preservar o dereito á información e a transparencia, facer que o funcionamento interno da administración sexa plenamente electrónico e impulsar a coordinación entre as administracións. Con Tordoia, son xa 82 Concellos os que se sumaron ao convenio marco da Deputación para tal fin, xunto co Consorcio das Mariñas e o Consorcio Provincial Contra Incendios.
Os orzamentos municipais de Tordoia para 2017, xa aprobados polo pleno da corporación, suman 2.420.000 euros. O goberno municipal destaca os servizos sociais como unha prioridade das contas, posto que neste ámbito achega 276.500 euros, o que supón máis do 11 % do total de recursos previstos. Tamén figuran entre as prioridades, tal como afirma o executivo liderado por Antonio Pereiro, a redución de custos enerxéticos coa renovación de iluminacións públicas e en edificios municipais, a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal, a mellora dos accesos aos núcleos de poboación e a amortización da débeda. No documento percíbese unha baixada importante dos investimentos con respecto ao ano pasado. Pero é algo que sucede máis no papel que na realidade. A explicación está en que non se computaron 204.000 euros da Deputación pola nova modalidade de tramitación das solicitudes de plans provinciais e tamén es-
llo destaca a mellora na contorna da igrexa de Viladabade, con 72.000 euros para ensanchar o vial, dotar de beirarrúas, instalar alumeado e construír canalización de pluviais, e a ampliación do saneamento nos lugares de Pedrouzo e Castro (Bardaos) con 126.000 euros de dotación económica. Os orzamentos presentan equilibrio de ingresos e gastos, reservan 1.108.000 euros para persoal e 899.000 euros para bens correntes e servizos como os dous capítulos máis destacados polo seu volume económico. Casa do Concello de Tordoia
tán pendentes de aprobación definitiva varios investimentos da Xunta. Aínda que non se recollan nos orzamentos, ao final si serán proxectos reais. Como tamén os 180.000 euros dun plan de accesos a núcleos de poboación. Como obras destacadas, o Conce-
FRADES Os alcalde destaca que a débeda bancaria quedará a cero
O Concello Frades destinará 580.000 euros a investimentos en 2017 Os orzamentos do Concello de Frades para este 2017, aprobados polo PP coa abstención do BNG, presentan un desequilibrio entre os ingresos e os gastos. A intención do goberno municipal é ingresar 2.181.445 euros e consumir 2.048.044, de maneira que se xera un superávit duns 133.400 euros. Dos gastos, o alcalde destacou o capítulo para investimentos, que se aproxima aos 580.000 euros cun incremento do 13% sobre o exercicio anterior. Roberto Rey tamén asegurou que a débeda bancaria quedará a cero, se ben o portavoz do BNG, Xosé María Pérez Lagos, replicou que “non hai débeda bancaria, pero si hai débeda”, en referencia a que as contías pendentes foron incluídas nun plan provincial para pagalas a prazos sen xuros. Os bens correntes e servizos, o que se precisa para o funcionamento rutinario do Concello, acaparan máis de 925.000 euros nas contas previstas para este novo ano. O incremento deste capítulo é do 14% con respecto
O pleno dos orzamentos comezou con silencio contra os asasinatos machistas
ao pasado. Tamén se prevé unha maior asignación á Mancomunidade de Ordes para poder manter o servizo de axuda no fogar, no que prevén máis usuarios e maior número de horas de atención. En canto ao persoal, pagarlle supón gastar un de cada cinco euros dos que pensa utilizar o Concello este ano. O concelleiro Manuel Ferreiro,
que exerce como tesoureiro, considera que é unha proporción reducida, entre as máis baixas de Galicia. Ferreiro anunciou tamén máis cartos para subvencións e actividades e unha potenciación dos gastos para turismo e promoción, sen afectar ao plan económico financeiro que procura seguir a administración municipal fradense.
O PSOE ABSTENSE Os orzamentos municipais de Tordoia foron aprobados co voto a favor do goberno e a abstención do PSOE. O seu portavoz, Carlos García, considera que “non inclúen a excesiva suba de impostos aos veciños”. El pon en dúbida que se recolla o incremento do IBI na previsión de ingresos das contas, polo que non entende “onde van parar eses cartos”, comenta.
Perde de ingresar 19.000 euros por suavizar o catastrazo Frades deixará de ingresar 18.714 euros por mor da bonificación no Imposto de Bens Inmobles (IBI) aprobada para 218 propiedades catastrais, pertencentes a 193 solicitantes. A medida, apoiada por unanimidade no pleno, pretende suavizar os efectos do chamado catastrazo, co que, ademais de actualizar os valores, Hacienda pasou a incluír na contribución instalacións como granxas, pendellos e mesmo invernadoiros. A bonificación é do 95% do imposto para quen o solicitara en inmobles con actividades do sector primario. O valor catastral das peticións é de máis de 6,5 millóns de euros. Terían que pagar uns 19.700 euros, que pasan a menos de mil, en prexuízo do erario local. Aínda así, boa parte da suba dos ingresos nos orzamentos débese ao catastrazo, de maneira que a suba dos valores non se dá atenuado nin coa bonificación ás granxas nin cun tipo menor na urbana.
Crรณnicas - Xaneiro 2017
9
PUBLICIDADE
10
Crónicas - Xaneiro 2017
ACtUAlIDADE ORDEs
Os socialistas volven pedir polos vellos depósitos da traída A peregrinación dos socialistas ordenses aos vellos depósitos da traída municipal de augas de Ordes comeza a ser unha tradición. Nos últimos anos, veñen pedindo que a Xunta inclúa a súa reparación os orzamentos autonómicos e este ano volveron insistir. A concelleira, Verónica Gómez, e o secretario xeral do PSOE ordense, Suso Pedreira, mesmo levaron ata a zona ao seu portavoz na cámara autonómica, Xaquín Fernández Leiceaga, e á parlamentaria Begoña Rodríguez Rumbo, de Cerceda. A petición é que o goberno au-
tonómico destine 800.000 euros ao amaño dos dous acumuladores, que teñen uns cincuenta anos e presentan filtracións por fendas nas paredes exteriores. Verónica Gómez declarou que “é preciso o seu arranxo para evitar problemas de subministración á vila de Ordes, pois agora estase usando un depósito de decantación para parchear o que é un grave problema”. Os socialistas tamén queren que a Xunta consigne 500.000 euros para ampliar e mellorar a potabilizadora da auga, pois é “moi antiga e con
O PSOE ordense levou a Leiceaga a ver as fendas dos depósitos de abastecemento
problemas de filtrado”, asegurou Pedreira. Por outra parte, unha terceira emenda demanda a implantación da radioloxía dixital no centro médico
de Ordes, atendendo un acordo do pleno municipal de hai dous anos e medio, e 10.000 euros para a xestión e o mantemento do Museo do Traxe Juan José Liñares.
FRaDEs
Novas farolas de baixo consumo
Unha ponte moi mal medida
No imaxinario colectivo de Ordes quizais permanezan durante anos as antigas farolas coroadas por unha esfera de vidro branca distribuídas nas principais rúas da vila. Pero o certo é que na factura eléctrica xa non aparecerán máis, unha vez concluída a instalación de 45 novos puntos de luz LED en 440 metros de Alfonso Senra. O investimento é duns 60.500 euros e o Concello estima que nuns catro anos e medio estará amortizado a raíz do menor consumo de enerxía dos novos equipos. Só no ámbito da Alameda ci-
O BNG de Frades cuestiona o que considera unha falta de planificación e control na execución da ponte do Raselo, en Gafoi. A obra, financiada pola Consellería de Medio Rural, tivo que paralizarse despois de ser colocada unha estrutura prefabricada de tamaño claramente inadecuado, que agora deberá ser retirada. Para os nacionalistas, resulta preocupante que ninguén advertira o erro antes de comezar coa instalación, o que deriva nunha perda de tempo e en molestias para as persoas que utlizan o vial.
fran o aforro nuns 1.000 euros anuais. O proxecto contemplou luminarias de diferentes características segundo o tramo da avenida no que se ubiquen. Desde a altura do Recreo ata a Rúa de Compostela, colocáronse columnas de cinco metros de alto cada dezasete metros. Na zona da Alameda, cinco puntos de luz dobles. E desde o nivel da Rúa de Compostela ata a Rúa de Galicia son farolas de sete metros de alto e 32 de separación. Tamén se dispuxeron focos direccionados á igrexa e ao consistorio.
• asesoramento técnico • solucións Empresariais á medida
O Bloque de Frades cre que o Concello non ofreceu explicacións suficientes e percibe unha escasa vixilancia nos traballos.
• Reparación de smartphones e tablets
• servizo de asistencia técnica
• Redes e Conectividade
• mantementos Integrais
• Venda de Ordenadores
(Hard/soft)
e Periféricos
• solucións de seguridade
• software de Xestión Comercial
Rúa da Canteira, 16 - 15680 ORDES (A Coruña) Telf: 981 697 855 / Móvil: 609 377 922 Fax: 981 97 35 62 / atx@atx-informatica.com
ww.atx-informatica.com
solucións infor máticas
solucións infor máticas
ORDEs
Crónicas - Xaneiro 2017
11
MEDIO AMBIENtE Un investimento de 275 millóns de euros que permitirá tratar un millón de toneladas anuais de residuos urbanos
A ampliación de Sogama comezará en xuño A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio adxudicou as obras da ampliación do complexo medioambiental de Sogama, en Cerceda, por un valor de 275 millóns de euros (+ IVE). Con esta actuación, aumentarase a súa capacidade de tratamento, que pasará das 550.000 toneladas anuais ata o millón de toneladas, o que se traduce nun 81% máis. Supón ademais unha mellora sobre o que viña recollido no prego do concurso no que se licitou este proxecto -no que se contemplaban 750.000 toneladas- achegada pola adxudicataria: a UTE galega Valtalia. O contrato, que terá una vixencia de 15 anos, contempla a remodelación da actual nave de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible (PRTE), onde se procesa a denominada bolsa negra, isto é, os residuos municipais recollidos a través dos contedores verdes; a construción dunha nova planta para a recuperación dos envases de papel/cartón e plásticos contidos no lixo en masa (xa que o aceiro, aluminio e vidrio se seleccionan desde hai anos); e a operación, mantemento e limpeza de am-
1
Remodelación da actual nave de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible.
Nova planta para recuperar papel, cartón e plástico do lixo en masa.
2
No plano aprézanse as novas instalacións, marcadas en azul escuro bas instalacións. Ademais do aumento total da capacidade de tratamento, grazas á nova planta de recuperación de envases mellorarase a cantidade e calidade de materiais recuperados. Chegarán ás 120.000 toneladas anuais que se remitirán aos centros de reciclaxe, catro veces máis que hoxe en día. Ao mesmo tempo, este avance permitirá rebaixar, aínda máis, os residuos que se derivan ao vertedoiro
de Areosa, que pasará a acoller unicamente a parte do lixo que non sexa reciclable, ou valorizable material ou enerxeticamente. O presidente de Sogama, Javier Domíngeuz Lino, explicou que a estas melloras súmanse outras vantaxes, como as relativas á xeración de emprego. Durante a construción da infraestrutura –aproximadamente uns 2 anos- crearanse 300 postos de traballo, aos que habería que engadir
outros 200 empregos indirectos unha vez que a nova planta empece a operar. REMATE A FINAIS DE 2018 Domínguez Lino aclarou que agora a concesionaria dispón dun prazo de 3 meses para presentar o proxecto construtivo. Posteriormente, estímase outro prazo de 3 meses aproximadamente para que o Concello de Cerceda conceda a licenza. Deste xeito, e se todo segue o seu curso, as obras comezarían en xuño de 2017 e estarían rematadas a finais de 2018. A partir dese momento, e podendo tratar adecuadamente 1 millón de toneladas anuais de residuos, Sogama converterase nunha das plantas das súas características máis grandes de Europa e do mundo, consolidando o seu liderado en España. Ademais, a compañía pública pasará a ser un referente na xestión sustentable dos residuos urbanos, ao dar resposta aos preceptos da economía circular, tendo como principal obxectivo o máximo aproveitamento dos produtos a través da reciclaxe e a conversión dos residuos en recursos.
Entrevista con Javier Domínguez Lino, presidente executivo de Sogama
“Imos multiplicar por catro a nosa aportación á reciclaxe” - Que vai aportar a ampliación de Sogama á xestión dos residuos urbanos na nosa comunidade? - Estamos convencidos de que vai ser un impulso importante ás políticas medioambientais promovidas pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, e posiblemente un dos maiores investimentos a executar durante a actual lexislatura. Non en van, estamos a falar dun desembolso económico de 275 millóns de euros (+IVE) para os próximos 15 anos. Trátase dun proxecto que permitirá ampliar a capacidade nominal do complexo medioambiental de Cerceda nun 81%, pasando das 550.000 toneladas anuais a 1 millón, e tratar no mesmo, de forma óptima e con absolutas garantías, o lixo doméstico producido en toda Galicia. - Houbo unha época na que ata chegou a barallarse a posibilidade de ubicar unha planta de valorización enerxética no sur de Galicia …
- Así é. Barallouse esa posibilidade e, por unha serie de circunstancias, entre elas as derivadas da modificación da regulación eléctrica e certa contestación social, non fructificou. Non obstante, eu quero subliñar que Sogama non vai ampliar a súa capacidade de valorización enerxética, xa que a potencia instalada da planta termoeléctrica seguirá sendo a mesma (50 MW), senón a súa capacidade para contribuír á reciclaxe. Remitiremos cada ano á industria recicladora 120.000 toneladas de materiais, multiplicando por catro as cifras actuais, e reduciremos a cifras meramente testimoniais as cantidades de residuos desviadas ao vertedoiro de Areosa. De feito, o noso obxectivo é chegar ao vertido técnico cero, é dicir, que só se vertan aqueles refugallos que non poidan ser reciclados nin tampouco valorizados material ou enerxeticamente. - En que consistirá exactamente
remos a actual nave de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible. O proceso realizarase en dúas fases a fin de garantir a actividade do complexo e, xa que logo, o correcto tratamento do lixo recepcionado no mesmo.
Javier Domínguez Lino o proceso de ampliación? - Poñeremos en marcha unha planta para a clasificación dos envases plásticos e de papel/cartón contidos no lixo convencional, toda vez que o aceiro, o aluminio e o vidro xa os viñamos recuperando, e remodela-
- Ademais de todo isto, teñen previsto poñer en marcha unha planta de compostaxe no vertedoiro de residuos non perigosos de Areosa. - Exactamente. Á mesma destinouse un investimento de 2,4 millóns de euros e contará con capacidade para procesar 15.000 toneladas anuais de materia orgánica xerada por grandes produtores tales como hospitais, restaurantes, centros comerciais, etc. A estimación é que esta instalación produza ao ano entre 3.000 e 4.000 toneladas de compost que conte coa calidade necesaria para ser aplicado na agricultura sen restricións e conforme á normativa vixente.
12
Crónicas - Xaneiro 2017
Actualidade COMARCA O Cabildo decide acreditar os peregrinos da variante curta do Camiño Inglés
A compostela, tamén desde A Coruña Os peregrinos que percorren o Camiño Inglés desde A Coruña recibirán tamén a chamada compostela, a acreditación que conceden as autoridades eclesiásticas para os camiñantes. Ata agora non era así. Só os que cubrían a variante que parte de Ferrol obtiñan o documento, posto que desde a cidade herculina non se cumpre a condición de 100 quilómetros de distancia coa capital galega. O Cabildo de Santiago decidiu esta excepción despois das xestións dos Concellos da Coruña e de Santiago. O alcalde coruñés, Xulio Ferreiro, explicou que levaban meses negociando coa entidade e agradeceu especialmente a “mediación” do deán de Compostela, Segundo Pérez. Pérez destaca que a ruta inglesa é “anterior mesmo ás normas para a obtención da compostela” e explica que “o tema dos 100 quilómetros non conseguín atopalo nas actas do
Daniel Lorenzo (Fundación Catedral), Martiño Noriega, Segundo Pérez e Ferreiro
Cabildo, pero a peregrinación desde o porto da Coruña é anterior a este requisito”. Ferreiro máis o alcalde de San-
tiago, Martiño Noriega, agardan que o Camiño Inglés gañe máis protagonismo do que tivo ata agora e emprazan á Xunta e ao Xacobeo a colaborar.
Oroso recolle un premio polo seu centro de estudos O Concello de Oroso recibiu un dos premios Camiño de Santiago 2016, que dá Turismo de Galicia, como recoñecemento ao Centro de Estudos e Investigación do Camiño Inglés, creado pola administración local en Sigüeiro. Os premios foron entregados na Cidade da Cultura en Santiago. O de Oroso ten un importe de 5.000 euros. O alcalde, Manuel Mirás, atribúeo ao traballo efectuado para a promoción do Camiño Inglés.
Unha ruta minoritaria que no último lustro duplica o seu peso nas peregrinacións O Camiño Inglés, que na comarca discorre por Mesía (onde conflúen as variantes de Ferrol e da Coruña), Ordes e Oroso, segue sendo minoritario no fenómeno turístico no que se teñen convertido as rutas xacobeas. Sen embargo, nos últimos anos está gañando peso paulatinamente. Segundo os datos da Oficina de Peregrinos de Santiago, un 3,49 % dos camiñantes que recolleron a compostela durante 2016 chegaron a través do Camiño Inglés. En total, preto de 10.000. En 2012 o peso relativo fora do 1,85 % sobre o total de peregrinos, o que supón que no último lustro case se duplicou a preferencia por este itinerario. O ano pasado, por certo, foi calificado de histórico pola afluencia de peregrinos. Chegaron 278.041, cun incremento do 6 % con respecto a 2015. A ruta máis transitada segue sendo, de lonxe, o Camiño Francés, con máis de 176.000 camiñantes, case dous tercios do conxunto. Computando todos os Camiños, predominan os peregrinos de España, co 45 % do total. O 55 % restante distribúese en 2016 entre as persoas procedentes de Italia, Alemaña, Estados Unidos, Portugal, Francia, Irlanda, Reino Unido, Corea, Australia e Brasil, os dez primeiros países foráneos de orixe.
ORDES O orzamento total do evento de arte urbana, no que ven un potencial turístico, supera os 21.500 euros
Fondos provinciais pagarán o 80 % do Desordes A Deputación da Coruña destinará 17.240 euros para desenvolver o Festival de Arte Urbana DesOrdes Creativas. É o 80 % dos 21.550 euros nos que está orzamentado o evento. O financiamento recóllese nun convenio de colaboración asinado entre a entidade provincial e o Concello de Ordes, representados polo deputado da área de Turismo, Xosé Regueira, e a concelleira Susana García. O festival está organizado polo colectivo Mutante e conta coa participación de artistas de aquí e doutras partes do mundo, unha feira de creatividade, concertos e obradoiros. No texto suscrito entre a Deputación e o Concello destácase a súa “potencialidade como recurso de atracción tu-
O deputado provincial de Turismo, Xosé Regueira, e a concelleira Susana García
rística”, ao conformar un novo motivo para visitar o municipio, sen deixar de lado a programación artística que se lle ofrece á veciñanza e o cometido de rexeneración e transformación de espazos en desuso, inacabados ou abandonados para poñelos á disposición da sociedade. En 2017, DesOrdes acadará a súa décima edición. Na pasada, contou con artistas galegos, mexicanos, arxentinos... E ademais estreou a iniciativa da Feira da Creatividade como espazo de encontro para diferentes disciplinas artísticas, desenvolveu obradoiros de introdución á pintura e adaptación do mobiliario urbano, e ofreceu diversas actuacións musicais en vivo.
Crónicas - Xaneiro 2017
13
Actualidade COMARCA Esperas de horas nos corredores e cancelación de operacións
ORDES
Saturación nas urxencias do hospital pola falta de medios ante a gripe
A AECC organiza unha charla sobre atención ao cancro de pulmón para o 1 de febreiro
Unha vez máis, os hospitais viven situacións de colapso pola falta de medios e profesionais para atender a elevada afluencia de pacientes, nesta ocasión por mor da gripe. Os dous complexos hospitalarios aos que máis acode a poboación da comarca, o CHUAC coruñés e o CHUS compostelán, padeceron nas últimas xornadas unha forte saturación que prexudicou a calidade asistencial. Para mostra, o botón do retrato feito pola Asociación de Pacientes e Ususarios do CHUS na tarde do luns 9 de xaneiro. Chegaron a contar 22 pacientes nos corredores en cadeiras de rodas e en padiolas. Mesmo doentes en situación grave foron colocados en corredores e zonas de traballo e, segundo relata este colectivo, unha persoa con hemorraxia cerebral permaneceu case tres horas nesas circunstancias. Todo á vez que, expoñen, no hospital Gil Casares permanecían 54 camas pechadas. O colectivo denuncia que se “vulnera a dignidade dos pacientes” e que chega a “infrinxirse a normativa
Pacientes en espera nos corredores de Urxencias (foto: Asoc. Usuarios CHUS)
hospitalaria sobre seguridade no traballo”. Recoñecendo o labor dos profesionais, a asociación si cuestiona a xestión dos responsables do servizo: “poden ter a lexitimidade para o exercicio do poder, pero non para cercenar os dereitos sanitarios que nos recoñece o ordenamento xurídico”.
DEBATE POLÍTICO A controversia chegou ás instancias políticas. No Parlamento de Galicia, En Marea asegura que veñen denunciando estes episodios reiterados nos últimos anos e culpa aos “recortes” aplicados polo PP, en palabras do seu coportavoz, Antón Sánchez. O parlamentario socialista Julio Torrado acusou á Xunta de “falta de previsión” e de poñer a sanidade pública en “situación límite”. Desde o BNG, Montse Prado reclamou un protocolo de actuación efectivo ante este tipo de situacións “perfectamente previsibles”. O conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, replicou, tras varios días en silencio, que a resposta do sistema foi a axeitada, se ben admitiu que a demanda é superior á habitual e ocasiona puntualmente “retrasos, por iso solicitamos paciencia”, dixo. O conselleiro recoñecu tamén que tiveron que anular intervencións cirúrxicas programadas pero “diferibles” para darlle prioridade á atención dos pacientes.
A Xunta Local de Ordes da Asociación Española Contra el Cáncer (AECC) organiza para o mércores 1 de febreiro unha charla na Casa da Cultura de Ordes. Será a partir das cinco da tarde, con entrada libre para todas as persoas interesadas. O contido das intervencións versará sobre a mellora da atención ao cancro de pulmón, desde a perspectiva da propia asociación. Intervirán o doutor Francisco Javier Barón, especialista en oncoloxía médica do Complexo Hospitalario Universitaro de Santiago, e Marcos Calvo, psicólogo da AECC na Xunta Local de Santiago de Compostela. A actividade conta coa colaboración do Concello. Por certo, para todas as persoas interesadas en facerse socias da asociación está habilitado o teléfono 902 886 226. A información tamén se pode obter en internet, consultando a páxina web da asociación (www.aecc.es).
ORDES
ORDES
Remata a intervención na rúa dos Parques Municipais ordense
A Deputación da Coruña financia a prolongación das beirarrúas na rúa dos Lagartos
O tráfico está plenamente restablecido nas rúas que circundan o parque infantil
Despois de varias semanas en obras, volveu a normalidade á rúa dos Parques Municipais, en Ordes. O último investimento acometido, por valor duns 58.000 euros procedentes de remanentes das contas municipais de 2015, serviu para repoñer uns 150 metros de beirarrúa, con accesos máis seguros aos pasos de peóns, ademais
de canalizacións de pluviais e iluminación. A obra tamén renovou o firme da zona de paso de vehículos. Previamente, a comezos do pasado outono, outra intervención, valorada en 50.000 euros, mellorou as beirarrúas que rodean o parque infantil pola zona da Rúa do Recreo.
A Deputación da Coruña financia con 55.500 euros as obras de prolongación de beirarrúas na rúa dos Lagartos, en Ordes. Están previstos 775 metros de novas beirarrúas, rematadas cun bordo de formigón e xuntas de dilatación polas dúas marxes da calzada. Segundo detallou a administración provincial, de maneira previa ao inicio da obra vaise canalizar a beirarrúa por medio dunha tubaxe de polietileno de 315 mm de diámetro e de dezanove pozos de rexistro con sumidoiro para a recollida de augas. Do mesmo xeito, para a subministración precisa para a iluminación prevese implantar unha canalización de polipropileno de 775 metros de longo. A zanxa que se cave para colocala levará un recheo compactado. O proxecto tamén planea construír catro muros de entre 60 e 150 centímetros de altura para a
contención de terras en diversos puntos de todo o percorrido. SEGURIDADE NUNHA ZONA QUE MEDRA A Deputación indica que os 55.500 euros de investimento que dedica a estas obras servirán tamén para sufragar os gastos derivados dos labores de albanelería e transporte de sobrantes a un vertedoiro, escavación da zanxa e das gabias en todo tipo de terreo para a colocación de tubaxes, a construción de pozos de rexistro e a formación de bordo e o pavimento de formigón. O proxecto quere garantir a seguridade peonil nunha zona que incrementou a súa poboación nos últimos anos, debido á construción de novos edificios residenciais. Trátase dunha mellora dos servizos viarios moi agardada desde hai varios anos, dado que o vial ten un itinerario moi curvo.
14
Crónicas - Xaneiro 2017
Actualidade ORDES
ORDES
Unha aplicación para móbiles recolle a información municipal
Nova Feira de Oportunidades entre o 10 e o 12 de febreiro
Unha aplicación para teléfonos móbiles recolle numerosa información de interese sobre o Concello de Ordes. Pódese buscar como ‘Concello de Ordes’ no ‘Play Store’ para instalala de balde. Nun principio só está dispoñible para terminais que utilicen a tecnoloxía Android e dentro de pouco tamén poderán acceder os sistemas iOS. A utilidade permite comunicar calquera incidencia, coa opción de incluír fotografías e a ubicación para que sexa máis doado de localizar. Tamén permite efectuar consultas e recibir avisos ou consultar unha axenda de actividades. No apartado de información, recolle datos sobre o municipio e as parroquias, asuntos de actualidade emitidos polo goberno e a opción de escoitar a radio local. Existe tamén un apartado enfocado ao turismo e o lecer, con datos sobre establecementos de hostalería e restauración, roteiros, eventos culturais e contidos sobre o Camiño Inglés. Unha axenda te-
A cuarta edición da Feira de Oportunidades de Ordes vaise celebrar na segunda fin de semana de febreiro, entre o venres 10 e o domingo 12. Como en anteriores ocasións, escolleuse o primeiro andar da Praza de Abastos para acoller esta iniciativa comercial. Os establecementos que queiran participar poderán inscribirse os días 30 e 31 de xaneiro. Tal como informou o Concello, poden recoller as follas de inscrición na casa consistorial ou redactar unha carta de solicitude. O acceso ao sorteo dos postos será outorgado por orde de anotación. Para o 3 de febreiro está previsto o sorteo dos trece espazos dispoñibles entre todas as peticións que foran admitidas. O sistema, por tanto, é o mesmo que se utilizou en edicións anteriores da Feira de Oportunidades. O evento abrirá o venres 10 entre as 18:00 e as 20:00 horas. O sábado e o domingo permanecerá entre as 10:30 e as 12:30 ho-
Aspecto inicial que presenta a aplicación na pantalla dun terminal móbil
lefónica, esquelas, o tempo e os horarios de transporte e farmacias son outros contidos.
Descontos na anterior edición
ras pola mañá e de 18:00 a 20:00 horas pola tarde, en calquera das dúas xornadas. O Concello ofrecerá un servizo de ludoteca na Praza de Abastos para facilitar que as familias efectúen as súas compras con tranquilidade. A Feira de Oportunidades facilita a adquisición de produtos de moda e calzado, decoración, bixutería, marroquinería e outras categorías a prezos rebaixados. Para os comerciantes, supón a ocasión de desfacerse de excedentes desta tempada para preparar xa a seguinte.
ORDES
OROSO
Premios do comercio de Ordes na campaña especial de Nadal
O xurado escolle Zoclos como mellor escaparate navideño
Entrega dos tres premios, valorados en máis de 1.000 euros cada un
Entrega dos premios do concurso municipal de escaparates, no Concello
Flora Grela Louzao, Lucía Vilariño Viqueira e Teresa Marzoa Míguez son as tres gañadoras do sorteo da campaña de Nadal celebrado polos establecementos comerciais de ‘Eu merco en Ordes’. As tres repartíronse un escaparate valorado en conxunto nuns 3.000 euros. Está compostos por vales de 30 euros entregados po-
O escaparate do establecemento ‘Zoclos’ foi escollido como o mellor do Nadal en Oroso polo xurado do certame organizado polo Concello. En segundo lugar quedou ‘La Bellota’ e o terceiro posto foi para a florería ‘Xulián’. Os premios son de 300, 200 e 100 euros. O concurso tamén tivo unha
los máis de 100 establecementos que se sumaron a esta iniciativa, coa que colaborou o Concello. A pretensión da campaña foi premiar a fidelidade da clientela co comercio local ordense e ademais promover as vendas na época na que este sector rexistra unha das maiores facturacións do conxunto do ano.
votación a través de redes sociais. Neste caso, a tenda ‘UVE Moda’ gañou unha cea para dúas persoas. ‘Mi Vestidor Azul’ logrou a segunda posición e ‘Foto Silvia’ a terceira. ‘Zoclos’ foi cuarto. Entre as persoas que votaron, sorteouse outra cea para dúas persoas, que lle correspondeu a Ana Míguez, veciña de Oroso.
Crónicas - Xaneiro 2017
15
PUBlICIDADE
Nuestro compromiso es el bienestar de nuestros pacientes. Garantizamos el éxito de la adaptación de nuestros audífonos.
C/ Parque Municipal, 26. 15680 Órdenes (A Coruña)
Tlf.: 881 940 623 centroauditivoordes@gmail.com
Prueba de audífonos sin compromiso
Aproveche nuestro PLAN RENOVE
Crónicas - Xaneiro 2017
16
Economía E TRABALLO COMARCA O risco de pobreza e exclusión social repunta de novo en Galicia e afecta ao 22,5% da poboación
Case un terzo dos fogares da área depende totalmente das prestacións públicas para vivir En trinta de cada cen fogares da área da Coruña suroriental, que inclúe a comarca de Ordes e ademais as de Arzúa e Melide, non entra outro ingreso que non sexan prestacións públicas, como pensións, subsidios de desemprego ou axudas familiares. Así o revela unha recente e ampla enquisa do Instituto Galego de Estatística (IGE), na que ademais se pode comprobar que tal porcentaxe volveu medrar en 2015, o último ano con datos dispoñibles, cando en 2014 lograra baixar algo. Concretamente, en 2015 a dependencia absoluta das prestacións afectaba ao 30,18% dos fogares da área, en 2014 ao 29,38% e en 2013 ao 33,85%. Antes da crise económica, en 2007, tal proporción situábase no 26,57%. O estudo tamén ofrece datos da dependencia parcial das prestacións. Revela que en 2015 en case un 43% dos fogares ese tipo de ingresos superaban a metade do total e en case o 33% estabán por riba das tres cuar-
tas partes do conxunto de ingresos por fogar. RISCO DE POBREZA No estudo tamén se avalía o risco de pobreza e a exclusión social, que por áreas oscila moito de ano en ano e carece de suficiente fiabilidade estatística. Pero si é máis estable e por
tanto representativo no conxunto de Galicia, onde o 22,55% da poboación está nesta situación en 2015. É case medio punto máis que no ano anterior, o primeiro repunte despois de dous anos baixando (23,58% en 2012, 22,83% en 2013 e 22,11 % en 2014) . A efectos do estudo do IGE, está
A poboación da comarca ordense reducirase en case 6.000 persoas ata 2031, segundo estima o IGE Os datos sobre risco de pobreza e exclusión social non son os únicos preocupantes que ofreceu o instituto estatístico oficial autonómico sobre a comarca de Ordes nos últimos días. As proxeccións de poboación a curto prazo non son tampouco moi propicias. Aplicando técnicas estatísticas sobre cifras poboacionais, o IGE es-
tima que a comarca perderá 5.762 habitantes nos quince anos que van de 2016 ata 2031. Seguramente, non se cumprirá a cifra exacta e serán algúns máis ou algúns menos, pero a gravidade do fenómeno queda igualmente patente. E é que esa caída de poboación estimada supón a perda de máis do 15% do censo no conxunto dos sete
LEITE A mellora das cotizacións a nivel internacional non repercuten nos Gandeiros
Galicia remata 2016 co peche de preto de 600 explotacións leiteiras A pesar de que nos últimos meses o horizonte se presenta un chisquiño máis positivo, o 2016 pecha como outro ano negro para o sector leiteiro, tanto na comarca como no conxunto de Galicia. Os últimos datos oficiais do Ministerio, nos que falta por computar decembro, revelan o peche de 524 explotacións, desde as 9.078 de xaneiro ás 8.554 de novembro. Se se mantén o ritmo dos demais meses, o exercicio rematará previsiblemente cunhas 600 granxas menos. Por se fose pouco, non se perciben alegrías inmediatas. O último dato ministerial, de novembro, fala dunha media de 29,7 céntimos de euros por litro de leite galego en orixe. Sobe menos de medio céntimo sobre outubro. É o peor prezo de toda España, empatado con Murcia. Resulta 1,6 céntimos inferior á media española e 3 céntimos menos que a veciña Asturias. Para unha explotación galega que entrega 350.000 litros de leite ao ano, cobrar ao prezo asturiano su-
en situación de risco de pobreza ou exclusión social a poboación que non acada o 60% dos ingresos da mediana do conxunto da sociedade, que ten carencias materiais severas e non pode cubrir gastos básicos ou que os adultos do fogar non chegaron a traballar un 20% dos días do ano no que poderían telo feito.
A industria non foi á reunión sobre o plan de fortalecemento do sector, na que Medio Rural anunciou un aumento de axudas á incorporacións xuvenís e plans de mellora
poría ingresar 10.500 euros máis ao ano. Se estivese na media española, serían 5.600 euros máis. Son cantidades moi significativas, e o feito de cobralas ou non marca a diferencia entre achegarse á viabilidade ou ter que pechar. E neste contexto, a mellora das cotizacións a nivel internacional, cada vez máis patente, practicamente non chega ao peto dos Gan-
deiros. Nestas últimas semanas están recibindo propostas de contratos por parte das industrias para os vindeiros meses ou para o conxunto da campaña. Lactalis, unha das de maior peso en Galicia, vén a ofrecer un ascenso dun céntimo por litro, que desde o sector ven claramente insuficiente, ademais de incorporar un sistema de indexación que xulgan pouco axeitado á legalidade.
municipios da zona en tres lustros, posto que o punto de partida son 37.769 persoas e a estimación para 2031 é de 32.007. As claves son a escasa natalidade, o elevado envellecemento da poboación e a marcha de decenas de mozos e mozas na procura de oportunidades laborais en cidades do resto do país ou no estranxeiro.
PREZOS DO LEITE
NOVEMBRO / OUTUBRO (€/litro)
Galicia Andalucía Aragón Asturias Baleares Canarias Cantabria Castela-A Mancha Castela e León Cataluña Extremadura Madrid Murcia Navarra Euskadi A Rioxa Valencia
0,297 0,329 0,314 0,327 0,309 0,447 0,306 0,326 0,315 0,325 0,315 0,312 0,297 0,328 0,350 0,342 0,313
0,293 0,322 0,305 0,323 0,308 0,450 0,298 0,315 0,308 0,301 0,308 0,309 0,297 0,321 0,346 0,323 0,307
ESPAÑA
0,313
0,306
MEDIAS ESPAÑA NOVEMBRO 2013 0,388 2014 0,342 2015 0,310 2016 0,313
PRODUCIÓN NOVEMBRO 2015
2016
Galicia 209.019 tn 203.383 tn España 542.008 tn 536.086 tn Fonte: FEGA (03-01-2017)
Crรณnicas - Xaneiro 2017
17
PUBLICIDADE
Crónicas - Xaneiro 2017
18
Economía E TRABALLO TÉXTIL A finais de febreiro, a téxtil botará o último grupo de traballadores e cesará
Viriato fai efectivo o despedimento da maior parte do seu persoal Os despedimentos das traballadoras e traballadores de Viriato fixéronse efectivos desde o pasado 11 de xaneiro. Escríbese así unha das últimas páxinas da historia dun emblema do sector téxtil ordense, que se fundou en 1959 e nos últimos anos non foi quen de superar as dificultades económicas e financeiras. A decisión, avalada polo xulgado que supervisa a situación da empresa desde que entrou en concurso de acredores, supón a marcha dunhas 90 persoas. Máis adiante, entre finais de febreiro e comezos de marzo, botarán outra vintena de empregadas e empregados. Trátase da xente que segue atendendo a tenda
que a compañía ten en Ordes e dos dous outlets de Madrid, ademais de persoal de mantemento e administración. O plantel coñeceu os detalles dos despedimentos en senllas asembleas, unha da CIG nos baixos da Alameda e outra de CC.OO. nas instalacións da fábrica. As indemnizacións ascenden a vinte días por ano traballado, cun tope de doce mensualidades. Cos despedimentos, tamén se outorgou un prazo de quince días hábiles para solicitar as prestacións públicas de desemprego. A representación dos traballadores reclamou, entre outros aspectos, que se lles paguen tamén diñeiro
pendente de cobro desde que se entrou en concurso de acredores e que se cumpran as condicións do ERE de 2015, que xa supuxera a saída dunhas corenta persoas da empresa. En definitiva, coa caída de Viriato Ordes e a súa contorna perden uns 150 traballos directos, sen contar os prexuízos para empregos indirectos. Trátase dun golpe considerable á economía local, que tamén implicará a deterioración doutras actividades como o comercio, os servizos e a propia industria local. Despois da detención da actividade, quedará por ver que sucede coas infraestruturas e as dotacións industriais que a empresa ten na Rúa
O persoal de Viriato atesouraba unha grande experiencia (foto: Inst. Viriato)
do Piñeiro de Ordes, nun complexo que ocupa máis de 14.000 metros cadrados e que se foi conformando á vez que Viriato pasada de ser unha pequena empresa familiar a unha compañía destacada pola innovación, a calidade e o deseño. Todo iso acabou.
TURISMO
O Concello de Oroso exhibe os seus encantos en Fitur (Madrid) ción ofrecida polo Xacobeo e pola Deputación da Coruña á hora de divulgar as cualidades turísticas do municipio. Leira adiantou que este ano tamén pensan acudir a Xantar en Ourense e ao Fórum Gastronómico, nestes dous casos para divulgar a Festa da Troita.
Antonio Leira, en Fitur, co tamén deputado provincial Xosé Regueira
s o t s e upu omiso s e r P mpr o sin c
C-15-000297
O Concello de Oroso promoveu o Camiño Inglés e a Festa da Troita como os seus principais atractivos para os visitantes na Feira Internacional de Turismo (Fitur), celebrada hai uns días en Madrid. A representación municipal foi asumida polo concelleiro Antonio Leira, quen agradeceu a colabora-
Revisiones gratuitas
Salud Bucal
to Libros de tex lar o c s e l a i r e t a M
Clínica Dental • Odontología General • Extracciones molares y Estética del juicio • Ortodoncia • Colocación de implantes • Prótesis sobre implantes • Apicectomías Eduardo Pondal, 11 Bajo. ORDES
981 680 320 - 620 822 531
Crónicas - Xaneiro 2017
19
ECONOMíA E tRABAllO Traballadores e traballadoras da empresa de transportes José María Calviño Bascoy, con instalacións en Deixebre (Oroso), concentráronse en protesta pola “represión, os despedimentos exemplarizantes, o acoso laboral e as baixas que se están producir por causa de todo o anterior”, segundo o sindicato CIG, que constata unha “constante vulneración de dereitos fundamentais”. Esta mesma fonte asegura que as “presións” comezaron a partir do verán de 2015, cando se escolleu un delegado da CIG nun proceso que, asegura a CIG, a empresaria Cristina Calviño quixo paralizar. Inácio Pavón, integrante da CIG, explica que pediron reunións coa empresa para solucionar os problemas existentes. Son “cuestións de horario porque traballaban doce e catorce horas diarias, pagos de dietas que non se abonaban correctamente, categorías profesionais mal recoñecidas ou falta de vacacións”, expón. A empresa remitiu ás xuntanzas un representante da Asesoría Fisela. O relato da CIG indica que despois a empresa deulles instrucións aos traballadores de parar onde estivesen cando cumprisen as oito horas de xornada e quedaran a durmir no camión “cando ata ese momento, traballando no transporte diario, sempre durmiran no seu domicilio”, afirma o sindicato.
OROsO A CIG revela a existencia de baixas na empresa por “acoso laboral”
Denuncian a “vulneración” de dereitos laborais en transportes Calviño Bascoy
Concentración de traballadores e traballadoras ante a residencia dos propietarios da empresa Calviño Bascoy en Deixebre
Esta mesma fonte comenta que a alternativa a durmir no camión que deu a empresa era asinar un documento de renuncia a cobrar horas extra. As reclamacións dos traballadores deron lugar a dous despedimentos, creando un clima de medo que detivo as reivindicacións. “A partir de aí a empresa viuse forte e sucedéronse as presións e ameazas”, tal como asegura Pavón, que engade que o delegado da CIG foi relegado con “métodos fraudulentos”, que tres traballadores tiveron baixa “por
A DOENZA
CENTRO DE MASAJE
EN CERCEDA. Telf. 610 794 823
presións e acoso laboral”, outro foi despedido e varios sancionados. A CIG indica que todo isto foi denunciado no xulgado e comunicado á Inspección de Traballo, que lle trasladou dúas actas á empresa indicando como realizar a lectura do tacógrafo e as instrucións de bo manexo que debe darlle aos empregados. “Aínda así, a empresa, conscientemente, dá ordes confusas e contraditorias para poder sancionar os traballadores”, di. A CIG anuncia agora que poñerá todos os feitos en coñecemento da
fiscalía para que investigue. O secretario comarcal, Anxo Noceda, anticipa que teñen gravacións da empresaria Cristina Calviño onde “manifesta claramente” que o cliente principal da empresa, CHEP España, lle esixe un listado de afiliados á CIG para rematar co movemento sindical. Noceda tamén critica a actuación da asesoría laboral, que en vez de aconsellar na legalidade “vai máis alá das pretensións da propia empresa mesmo ameazando traballadores diante da propia inspección”, sinalan.
Crónicas - Xaneiro 2017
20
XENtE DE AqUí ORDEs - OROsO
ORDEs
Talento musical a esgalla
Planean unha irmandade co México de Isabel Cendal
O representante de Veracruz (3º esq.) foi recibido no consistorio ordense
Festival da escola de música de Ordes e panxoliña de Néboas no Cumio
Varias actividades en distintos puntos da comarca déronlle protagonismo nas últimas semanas ao talento musical da veciñanza. En Ordes, os nenos e nenas da Escola Municipal de Música de Ordes ofreceron o seu Festival de Ano Novo ante o auditorio, repleto, da Casa da Cultura. Polo escenario pasaron máis de cen cativos. Tamén a Banda de Música ofreceu un concerto de ano novo, compartindo escenario coa agrupación Os Reiceiros, da Pontecarreira. En realidade, ía ser un espectáculo no
que ademais de música habería teatro, con Fantoches Baj. Pero un problema de saúde dun dos participantes obrigou a pospoñelo. E en Oroso, seis agrupacións participaron na sétima edición do Concerto de Panxoliñas de Oroso. Foron o coro infantil da escola de música, Néboas no Cumio, o coro Voces Amigas, a agrupación folclórica Buxos Verdes, a asociación cultural Santa Catalina, e os Amigos do Acordeón de SigüeiroOroso. O concerto prolongouse máis dunha hora, coa interpretación de dúas pezas por entidade.
É unha idea que podería materializarse o vindeiro 2018. Ordes estuda irmandarse coas cidades mexicanas de Veracruz e de Puebla, vinculadas con Isabel Cendal, filla predilecta ordense. O propósito forxouse na visita a Galicia de Ángel Maldonado, representante municipal de Veracruz. Achegouse ata Ordes para ser recibido no Concello e acudir tamén ao lugar da Grela (Parada), onde se cre que naceu a considerada primeira enfermeira en misión internacional. Cendal é unha figura moi recoñecida en México, onde dá nome a premios e centros de estudos de enfermería. Fixouse 2018 para o irmandamento por ser o quincuaxésimo aniversario da fundación de Veracruz polo invasor español Hernán Cortés. Foi o primeiro lugar de
México ao que chegou a expedición do doutor Balmis para levar a vacina da varíola por todo o continente, da que Cendal foi partícipe activa. A enfermeira viviría despois en Puebla ata a fin dos seus días. O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, viu positivo o irmandamento para facer máis coñecida a figura da filla predilecta de Ordes. Verónica Gómez, concelleira socialista que se encargou de instruír o expediente da designación, considera que “o traballo que efectuamos desde a Agrupación Socialista de Ordes chegue tan lonxe e abra posibilidades de colaboración entre estes tres municipios é algo para estar orgullosos”. Na visita, promovida polo PSOE local, participaron tamén o secretario xeral, Jesús Pedreira, e o historiador Antonio López.
síguenos en
Verónica Dono Materiales de construcción Saneamiento telf: 981 68 11 21 Fax: 981 68 26 98 Fertilizantes
balado, 48 ORDEs (a Coruña)
E-15-001267
pampin@ahpampin.com
CLICKFER HNOS. PAMPÍN FERRETERÍA
Recreo, 54 ORDEs (a Coruña)
telf: 981 68 22 61 Fax: 981 10 87 97 pampin@ahpampin.com
TU ÓPTICA DE CONFIANZA Rúa Recreo nº 9 ORDEs - telf: 981 685 045
Crรณnicas - Xaneiro 2017
21
PUBLICIDADE
Crónicas - Xaneiro 2017
22
xente dE aquí
COMARCA As Cabalgatas mobiizaron milleiros de persoas, ilusionaron a infancia da comarca e transcorreron con normalidade est
O ano no que os Reis Magos trouxeron a O inverno extremadamente seco que estamos tendo permitiu algo un tanto inusual nas Cabalgatas organizadas nos distintos municipios da comarca: que os Reis Magos puidesen pasear en coches descapotables. Así sucedeu en Cerceda e en Ordes, aínda que tamén nos demais municipios Melchor, Gaspar e Baltasar non tiveron incomodidade algunha á hora de saudar desde as carruaxes nas que efectuaron os seus percorridos. Tamén para a poboación foi unha circunstancia positiva. Máis alá das baixas temperaturas propias do mes de xaneiro, a meteoroloxía foi favorable e os únicos paraugas que se viron foron os que se utilizaron para pescar un maior número de caramelos lanzados polas comitivas. Un ‘deporte’ moi propio de días así. En todos os lugares, as Cabalgatas deron paso á recepción dos nenos e nenas por parte dos de Oriente. To-
dos os que quixeron tiveron ocasión de achegarse a eles e de lembrarlles as peticións que lles fixeran para esa mesma noite, e incluso propoñer algún agasallo a maiores. A espera para as seguintes horas, probablemente as de máis ilusión de
todo o ano, foi amenizada por festas nas que a infancia continuou sendo protagonista. Xogos, atraccións musicais e outras propostas de entretemento foron parte das celebracións, xunto co reparto de doces propios desas datas.
Melchor, Gaspar e Baltasar foron recibidos con moita ilusión en Tordoia, nunha festa na que se serviu unha chocolatada
En Mesía, a Festa dos Reis Magos encheu o polideportivo municipal en Visantoña
Crónicas
En Trazo, os Reis Magos foron ao encontro dos nenos e nenas do municipio
Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.
Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L. Peche de edición: 20-01-2017. Depósito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com
Crónicas - Xaneiro 2017
23
PUBLICIDADE
te Nadal, con meteoroloxía seca e agradable, máis alá das baixas temperaturas propias do mes de xaneiro
a ledicia a bordo de descapotables
En Ordes, os Reis Magos percorreron a avenida de Alfonso Senra a bordo de tres vehículos descapotables e foron recibindo a centos de nenos e nenas na Alameda
En Oroso, unha comitiva de paxes, pastores e o exército romano precedía polas rúas de Sigüeiro os Reis Magos, recibidos cunha festa posterior no polideportivo
A Frades, os de Oriente chegaron cun día de anticipación para a súa festa especial
Os Reis Magos tamén apostaron polos descapotables en Cerceda, pois non choveu
Crónicas - Xaneiro 2017
24
XENtE DE AqUí ORDEs
OROsO O profesional conta con numerosos ensaios e estudos na materia
A segunda Festa dos Cans logra un novo fogar para catro animais
Diego Conde, elixido novo académico correspondente de Ciencias Veterinarias
Xeira de portas abertas na canceira
A segunda Festa dos Cans, organizada pola asociación Amigos da Canceira de Ordes Segunda Oportunidade coa colaboración do Concello, logrou catro adopcións de entre os dezaoito animais que á altura desa xornada de portas abertas residían no centro. A iniciativa ten como obxectivo dar a coñecer as instalacións e a actividade que se desenvolve nelas por parte de traballadores e voluntariado. Do mesmo xeito, tratan de concienciar sobre a responsabilidade de agasallarlles animais aos nenos e nenas. A asociación tamén vende agasallos e manualidades de temática canina para financiarse.
O veterinario Diego Conde Gómez, veciño de Oroso, foi elixido recentemente como académico correspondente da Real Academia de Ciencias Veterinarias de España (RACVE), dentro da sección quinta da entidade, de Historia da Veterinaria. Conde foi proposto cos avais dos académicos de número Miguel Ángel Vives Vallés, José Manuel Etxaniz Makazaga e María Cinta Mañé Seró e recibiu o voto favorable na xunta plenaria extraordinaria da RACVE. A elección supón un recoñecemento ao traballo que nos últimos anos efectúa Conde na recuperación e divulgación da historia da profesión veterinaria e da gandería, especialmente no ámbito galego. Conde licenciouse na facultade de Lugo, é doutor en Veterinaria e membro colaborador do Grupo de Investigación de Historia Agraria e Política do Mundo Rural da Universidade de Santiago de Compostela, así como da Asociación Historia Veterinaria Galega. En 2013, gañou o IX Premio de Ensaio Manuel Murguía da De-
Conde Gómez naceu en Ourense en 1977 e é veciño de Oroso
putación da Coruña coa obra ‘Canto val unha vaca? Da cuestión agraria á cuestión pecuaria en Galicia’. Publicou, ademais de numerosos artigos e comunicacións sobre a Historia da Gandaría e a Veterinaria en revistas e
congresos nacionais e internacionais, traballos en obras colectivas como ‘25 anos da Facultade de Veterinaria’ (2009,USC), ‘Os animais domésticos na historia de Galicia’ (2008, TresCtres) ou ‘A Gandería, tesouro de Galicia’ (2006, Museo do Pobo Galego). A súa tese doutoral, dirixida por Lourenzo Fernández Prieto e Manuel Cifuentes, serviu como base para a publicación en 2015 pola editorial Xerais do libro ‘Juan Rof Codina. Renovación na veterinaria e gandaría galega contemporánea’, Premio Jesús García Calvo e finalista recente nos Premios da Crítica de Galicia. Na actualidade, os seus estudos céntranse principalmente en dúas liñas de traballo: a mellora e transformación da raza rubia galega a través da historia e a implicación dos gandeiros nese proceso, máis o papel da profesión nas transformacións das explotacións leiteiras do noso país dende finais do século XIX, a evolución das condicións hixiosanitarias do leite e a importancia das iniciativas cooperativistas neste período.
DISFRACES!!!
Desde bebé hasta niños de 12 años!!! Y de tus personajes de moda: Lady bug, Patrulla Canina, Frozen, spiderman, princesas... pinturas, pelucas, complementos. En febrero, por la compra de 2 disfraces: EL SEGUNDO TIENE UN 25% DE DESCUENTO
Hasta el
ctos en produ dos na seleccio Rúa da Canteira, nº2. - ORDES (A Coruña) Teléfono: 981 688 646
Crónicas
Queres lernos no teu móbil, ordenador, tableta...? Envíanos un correo electrónico. É de balde! cronicas.comarcadeordes@gmail.com
Crónicas - Xaneiro 2017
25
PUBLICIDADE
ENTREVISTA Á AVOGADA PILAR LEIS SOBRE AS RECLAMACIÓNS DAS CLÁUSULAS SOLO DA HIPOTECA
“Recomendamos a vía extraxudicial e, se non é satisfactoria, pódese ir despois aos tribunais” - Que é o primeiro que debe fa- Que posibilidades hai de reclacer unha persoa que teña ou sos- mar con éxito a devolución do papeite ter unha cláusula solo no seu gado de máis? préstamo hipotecario? - Se a cláusula solo aparece na es- O mellor para sentirse tranquilo critura, temos o 99,9% de posibilidaé poñerse en mans profesionais. Un des de que a reclamación sexa satisavogado pódelle indicar e corrobo- feita. Lembremos que xa antes desta rar coa entidade bancaria se existe esa sentenza do Tribunal de Xustiza Eucláusula solo e outros gastos que son ropeo do 21/12/2016 se acadaba unha susceptibles de ser reclamados. porcentaxe importante de sentenzas O primeiro que hai que facer é reu- favorables. Agora pensamos que será nir a documentación necesaria para moito máis doado e rápido conseguir estudar o caso, para iso basta con ir a devolución do cobrado de máis poao banco onde ten a hipoteca e pedir las entidades crediticias. un extracto de todos os pagos da hipoteca. Non hai que asustarse, por moi- É máis recomendable reclamar tos anos que se leven de hipoteca son nos tribunais ou resulta preferible 2 ou 3 folios de movementos banca- botar man da vía extraxudicial rerios que a entidade bancaria lle vai dar centemente aprobada? sen problema. - Non son O despacho “Leis & Neste exexcluíntes. O tracto xa se pode cliente pode inNegocios” só cobra se ver se hai cláutentalo primeiro se recuperan as sula solo. Sopola vía extraxucantidades reclamadas bre todo a partir dicial e se conside 2011, cando o dera que non está Euríbor estaba moi baixo, os afecta- completamente satisfeito pode acudir dos continuaban pagando entre un 3% despois aos tribunais. e un 4% de interese pola cláusula solo. Desde o noso despacho, nós semPara poder reclamar, é impres- pre recomendamos empezar por unha cindible a escritura notarial do prés- primeira vía extraxudicial, por dous tamo, non a de compravenda (moi- motivos: un económico, xa que o protos clientes confunden ambos docu- cedemento é moito máis barato, e oumentos). De non tela é mellor pedila tro temporal, porque se obtemos un ao banco, pois unha copia simple do resultado favorable neste primeiro notario conleva uns gastos. Con estas intento evitamos ao cliente meterse dúas cousas, o listado dos movemen- nun procedemento xudicial que se vai tos e a escritura do préstamo hipoteca- alongar no tempo. rio, xa se pode reclamar. Co resultado que obtemos na pri-
meira reclamación extraxudicial o cliente decide se se considera suficientemente satisfeita a demanda ou se quere acudir aos tribunais. Esta vía xudicial, insisto, sempre está aberta aínda que se reclamara antes extraxudicialmente.
- Cal é a súa experiencia na xestión de reclamacións sobre cláusulas solo? - Os avogados que colaboramos no despacho levamos anos reclamando cláusulas solo. Antes o procedemento chegaba case sempre á vía xudicial e a porcentaxe de éxito xa era moi importante.
- Que outro tipo de gastos vinculados a préstamos nos pode estar pasando o banco que realmente non - Que garantías de éxito ofrece temos que pagar? É posible recupe- nos seus servizos “Leis & Negoralos? cios”? - Hai xa sentenzas respecto dos - O noso despacho pon a disposigastos hipotecarios que aconsellan ción dos clientes letrados con ampla reclamar pola mesma vía por consi- experiencia neste campo e unha sóderarse cláusulas abusivas. Por exem- lida formación profesional. plo, a sentenza 705/2015 de 23 de Dedicámonos e estudamos cada decembro do Tribunal Supremo de- caso persoalmente, porque aínda que clarou abusiva poida parecelo Co listado dos a cláusula do as situacións non BBVA que impón movementos e a escritura son sempre as ao prestatario o mesmas. do préstamo hipotecario pago de todos os Informamos xa se pode reclamar gastos, tributos e ao cliente e dácomisións derivamoslle o noso dos do préstamo hipotecario. consello profesional, temos sempre Os gastos que se recuperan son en conta a súa opinión e o que preo Imposto de Actos Jurídicos Docu- tende coa reclamación. mentados (AJD), os honorarios do Dende o punto de vista econónotario e do Rexistro da Propiedade. mico, o convencemento no éxito Pero aquí convén advertir, para des- da reclamación pola nosa parte vén facer malos entendidos, que falamos dado no feito de que só cobraremos sempre dos gastos referidos á escri- en caso de recuperar as cantidades tura de constitución da hipoteca, non reclamadas. Se non fose así, non teda compra da vivenda. Segundo apa- ría ningún custo para o cliente. Deste reza reflectido na escritura, pódense xeito tampouco cobramos as consultamén reclamar gastos de taxación, tas de asesoramento e información ao asesoría, seguros, etc. cliente.
Crónicas - Xaneiro 2017
26
xente dE aquí ORDES
ORDES O Maruxa Mallo, copartícipe na creación da axencia espacial escolar galega
As ‘Tardes de contos e lendas’ volven este venres 27 e son agora en inglés e en galego
E así foi como naceu a NOSA, ben máis xeitosa que a NASA
O programa de ‘Tardes de contos e lendas’ do Concello de Ordes volve este venres 27 de xaneiro. A principal novidade deste ciclo de animación á lectura é que as sesións serán en galego e en inglés. Outro cambio é que as actividades admiten unicamente a nenos e nenas de entre catro e oito anos de idade, que deberán estar sós na sala onde teñan lugar as actuacións. Haberá un número máximo aconsellado de quince participantes. Polo demais, mantéñense a periodicidade, o horario e o lugar, salvo que nun caso puntual se anuncie outra cousa: o derradeiro venres de cada mes ás 18:30 horas nas instalacións da biblioteca municipal. Para este venres 27, co relato ‘Where is spot?’, as inscricións xa están abertas, acudindo á biblioteca ou chamando ao 981 68 19 92. O horario para anotarse é matinal, entre as oito e media da mañá e as dúas e media da tarde.
A axencia espacial escolar galega foi creada en Ordes, coa complicidade dos institutos Maruxa Mallo de Ordes e Miraflores de Oleiros, na Coruña, e Marcos do Camballón de Vila de Cruces (Pontevedra). Optaron por chamarlle NOSA, por votación e para que non a confundan coa NASA. O precedente e punto de partida desta iniciativa é o proxecto MarumaSat do centro educativo ordense, que hai uns meses lanzara unha sonda espacial feita polo propio alumnado para a recollida e análise de datos científicos. Na xornada de creación da NOSA, na Casa da Cultura ordense, presentouse o proxecto e o traballo que desenvolveron as distintas comisións que o integraron. Tamén se expuxeron varios elementos cos que se desenvolveu o ano pasado a iniciativa, patrocinada por establecementos locais, o Concello e a Xunta.
A xornada na Casa da Cultura serviu para explicar o proxecto MarumaSat
FRADES
CERCEDA
Entréganse os premios do concurso municipal de tapas
Un ciclo provincial representa ‘Cousas’ de Castelao no auditorio
Acto de entrega do primeiro premio do certame hosteleiro fradense
O establecemento ‘Adega A Coviña’ venceu no concurso de tapas convocado polo Concello de Frades. Obtivo 300 euros. O segundo posto, de 150 euros, correspondeulle ao Bar Vilariño. O gañador presentou ao certame tapas de polbo con cogomelos e unha espetada. O segundo premio debeuse a un montadiño de raxo.
O alcalde, Roberto Rey, e o concelleiro Juan Carlos Bra, entregaron os premios na Pontecarreira, recibidos por Chelo Castro na Coviña e por Xulio Espiñeira no Vilariño. Tamén se entregaron os premios para os clientes que puntuaron: cea doble para Álex López, de Frades, e circuíto termal para Sandra Gómez, do Pino.
A representación teatraliza varios dos contos da obra ‘Cousas’, de Castelao
O espectáculo ‘Cousas’, da compañía ‘Os Quinquilláns’, representouse ante numeroso público no auditorio municipal de Cerceda. A función ofreceu un conxunto de diferentes pezas teatrais conformadas a partir dos contos incluídos na obra ‘Cousas’, de Castelao.
Foi unha actividade aberta á participación de persoas de calquera idade, entre as que se sortearon exemplares do libro do escritor, pensador e político galego. Cerceda foi así un dos dez municipios incluídos nesta xira provincial co gallo do Ano Castelao, que contou coa colaboración da editorial Galaxia.
Crónicas - Xaneiro 2017
27
DEPORTES FÚTBOL SALA Torneos deportivos a beneficio da AECC, de Cáritas e da asociación Amarai
Medalla de ouro en solidariedade
Participantes no torneo infantil no que se recadaron alimentos para Cáritas e diñeiro para a asociación integradora de persoas con discapacidade Amarai
Equipo Vodka Juniors, vencedor no ‘IX Mesía contra o cancro’, co alcalde
Xogadoras do Viaxes Amarelle, gañadoras do torneo a favor da AECC, co alcalde
O IX Torneo Solidario de Fútbol Sala ‘Mesía contra o cancro’ recadou 2.787 euros para a Asociación Española Contra el Cáncer (AECC) mediante achegas da veciñanza, empresas, asociacións e as inscricións dos equipos participantes.
principal patrocinador do torneo, apoiado tamén por numerosos negocios e asociacións da zona. O Concello, responsable da organización, agradeceu todas as colaboracións. Ademais, celebrouse o II Torneo Infantil de Fútbol Sala Mesía Solida-
En dúas xornadas, xogaron doce equipos, de Mesía e da contorna. O campión masculino foi o Vodka Juniors e o subcampión o Peña de Olas. Na final feminina, o Viaxes Amarelle impúxose ao Pastoriza. Carpintería Ramón García foi o
ria, que acadou 2.500 quilos de alimentos para Cáritas e 442 euros para a asociación de persoas con discapacidade Amarai. O campión deste torneo foi o Dream Team, co Mesía FC como subcampión. O Mesía FC gañou na categoría de benxamíns.
XADREZ
Martín Pena, do Xadrez Oroso, proclámase campión provincial Martín Pena Varela, do Club Xadrez Oroso, proclamouse campión provincial de xadrez. Foi durante a xornada de competición disputada en Padrón. A este torneo chegaba na segunda posición da clasificación. Ao gañar todas as partidas e forzar un empate na derradeira para conservar a vantaxe sobre os demais xogadores e xogadoras, acadou o campionato.
O club de Oroso destaca tamén a boa actuación demostrada no torneo padronés por Juan Carlos Couselo Fernández e Iván Blanco Calviño, sendo a súa primeira participación nun torneo oficial. Previamente, Pena Varela acadou a medalla de ouro do Torneo de Nadal da Coruña e José Antonio Pena a medalla de bronce.
De E a D.: Martín Pena Varela, Iván Blanco Calviño e Juan Carlos Couselo Fernández
28
Crónicas - Xaneiro 2017
DEPORTES ATLETISMO Os subcampións foron Juan Carlos Rodríguez Queijas e Elena Miguens Otero
Ignacio Castro Santos e Inés Castaño García impóñense na VIII Cross Ambiental de Ordes
A Cross Ambiental contou coa participación dunhas 300 persoas nas diferentes categorías e na mesma xornada celebrouse a IV Andaina Memorial Estevo Xosé
Ignacio Castro Santos, corredor teense do Club Atletismo Santiago, foi o gañador da VIII Cross Ambiental Concello de Ordes, cun tempo de 22’09’’ para os 5.000 metros de percorrido. A clasificación feminina liderouna Inés Castaño García, de Rois, cunha marca de 27’04’’.
O subcampión masculino foi o ordense Juan Carlos Rodríguez Queimas (SEO), a sete segundos do gañador. Terceiro posto para o santiagués Miguel Anxo Nogueira (Noitebra). O podio feminino completárono Elena Miguens, de Padrón e do club Sar Petroni (28’33’’), e María José
TAEKWONDO
PATINAXE ARTÍSTICA Dezaseis clubes acudiron á proba ordense
Tania Gándara Suárez proclámase subcampioa de España
Trofeo con máis de 300 patinadores
Gándara, Diéguez e Gacio
A ordense Tania Gándara Suárez proclamouse subcampioa sénior de España no Campionato de Clubs 2016, disputado semanas atrás en Alacante. Nesta competición, son salientables tamén as medallas de bronce que acadaron Carla Diéguez e Sara Gacio na categoría cadete.
O II Trofeo Concello de Ordes de patinaxe artística na modalidade de libre individual contou coa participación de case 300 patinadores e patinadoras, de entre tres e dezaoito anos, pertencentes a dezaseis entidades das provincias da Coruña e de Lugo. Entre elas, o Club Patín Oroso, de Sigüeiro, e o Galia, de Ordes. En categoría absoluta impúxose Andrea García, do Conxuro. En cadetes masculino gañou Brais Becerra (Omega), e en feminino Clara Amado (Conxuro), destacando o terceiro posto da ordense Diana Iglesias (Galia). Aldara Couce (Sarela) foi a mellor alevín, seguida de Sara Prado (Oroso). Inés Peña (Sarela) foi a gañadora da categoría benxamín. E no apartado infantil, a maior puntuación correspondeulle a Alejandro Redondo (Liceo). Esta competición, que se desenvolveu no polideportivo municipal Castelao I de Ordes, foi organizada polo Club Patinaxe Galia. Contaron coa colaboración do Concello de Ordes e da Xunta de Galicia, ademais de múltiples comercios, establecementos e negocios de diversos ámbitos de actividade.
Grobas, de Mesía e do Club Atletismo Boimorto (28’35’’). Nas probas curtas, as victorias en sub 14 foron para os ordenses Daniel Loureiro e María Pena, en sub 11 para Lucas García (Santiago) e Gloria Iglesias (Mesía), e en prebenxamín para Juan Loureiro (Ordes) e para Al-
dara Mosquera (Boimorto). A proba, que se acompañou da IV Andaina Concello de Ordes Memorial Estevo Xosé, sumou en total uns 300 corredores e corredoras. Organízana o Club de Atletismo Ordes e o Concello, co patrocinio e colaboración de numerosos negocios.
Crรณnicas - Xaneiro 2017
29
PUBLICIDADE
Crónicas - Xaneiro 2017
30
OPINIÓN
Manuel Sousa Hermida: de Ordes à revoluçom cubana Por Carlos C. Varela Finou Fidel Castro, e a lembrança da sua vida leva-nos à dum xastre de Ordes nom mui conhecido: Manuel Sousa Hermida. Nado em 1906 em Ponte Caldelas, Sousa regenta durante a II República um obradoiro de costura em Ordes, à par que milita ativamente no socialismo obreiro. No trabalho vai exercer umha influência fundamental no seu aprendiz, um rapaz de Abelhá que passará à história como Manuel Ponte Pedreira, líder da IV Agrupaçom do Exército Guerrilheiro da Galiza. Tanta confiança tinha Sousa no jovem Ponte que, quando se fijo membro da Guarda de Assalto –o corpo policial republicano–, deixou-no à fronte do negócio em Ordes. Como guarda foi enviado a Astúrias para participar na repressom da Revoluçom de 1934. Ali a sua atitude foi, segundo Manuel Astray Rivas, “la pasividad, en todo lo que era posible; pues lo que él deseaba, en el fondo de su alma, era estar combatiendo al lado de los mineros”. Após este contraditório trance Sousa é destinado a Barcelona, onde compagina o serviço no
corpo com a apertura dumha nova xastraria, que tem muito êxito. O golpe militar de 1936 surpreendeo ali, passando imediatamente a combater no exército republicano, onde as fontes nom se ponhem de acordo sobre o rango militar que atinge. Quando as tropas franquistas acupam Barcelona participa na agónica retirada através dos Pirineus, ao Norte dos quais lhe esperava a insolidariedade do Estado francês. Ainda que algumhas notícias o situam em agosto de 1939 no campo de refugiados do Barcarès, o seguro é que Sousa já embarcara a finais de maio, em Sète, no Sinaia, barco fretado polos cuáqueros ingleses e associaçons de inteletuais antifascistas europeus para levar os combatentes ao exílio mexicano. Entre os embarcados contava-se o fotógrafo Francisco Souza, que retratou com a sua Leica o dia-a-dia do Sinaia; e também os redatores do jornal Sinaia. Diario de la Primera Expedición de Republicanos Españoles a México: o historiador Ramón Iglesia Parga, o arquiteto Xosé Caridad Mateo, e o escritor Lorenzo Va-
rela. Tras dezaoito dias de travessia aportam em Veracruz, na manhá do 13 de junho de 1939, onde fôrom afervoadamente recebidos polo povo mexicano. O representante do governo de Lázaro Cárdenas dilhes no discurso de bem-vinda que “nom vos recebemos como náufragos de perseguiçom ditatorial a quem misericordiosamente se lhe bota umha tábua de salvaçom, senom como defensores afoutos da democracia republicana e da soberania territorial”. Na sua ficha de refugiado político consta que Sousa tinha pensado residir em Guadalajara, Jalisco (a antiga Nueva Galicia), mas só temos informaçons que o situam em México D. F. Na capital azteca o alfaiate monta um novo negócio, o Barón Dandi, situado na céntrica rua Bolívar. É aqui, justamente, onde a sua vida se cruza com a de Fidel Castro. O rebelde cubano, junto com o seu irmao Raúl, o Ché Guevara e Camilo Cienfuegos, também exiliados em México, reuniamse num local do de Ordes para organizar o seu futuro movimento guerrilheiro. Um dos assistentes a estas
juntanças era Luís Soto, ex-secretário de Castelao e figura histórica da esquerda independentista. No seu autobiográfico Castelao, a UPG e outras memorias, Soto lembra – para além do devezo de Fidel por comer caldo galego– que Sousa foi o encarregado, junto com Alberto Bayo, da instruçom militar dos patriotas cubanos. Sempre com a cumplicidade discreta do governo mexicano, arrendavam o rancho dum espanhol nas aforas da vila de Chaleo, onde levavam a cabo as práticas. Roxelio Diz, na altura umha criança, filho de exiliados galegos, também recorda ter jogado com Sousa e os cubanos no Barón Dandi, e di que ali também se gestionou a compra do iate Granma. Sousa pretendeu de aquelas organizar um grande mitim contra a ditadura de Batista num teatro da capital, para o que convidou a Soto a ser um dos oradores. Porém, o PCE ao que ainda pertencia Soto, proibiu-lhe a participaçom. Os comunistas espanhóis criam que Fidel e o Ché eran uns “aventureiros” sem futuro. Já instalada a guerrilha em Sierra Maestra, Soto ocupa-se dumha importante tarefa de logística: conseguir medicinas em México, “que transportou a Sierra Maestra o valeroso galego Manuel Sousa Hermida, que cando a vitoria da revolución non ceptou cárregos en Cuba e regresou a México”. Ali, nesse mesmo ano de 1959, botava a andar a revista Vieiros, que também tem a sua “história ordense”.
Crónicas - Xaneiro 2017
31
OPINIÓN
Lembranzas da lareira Por Estrella Vázquez Varela Nos comezos dun novo ano, deixamos atrás unhas datas moi especiais, as cales marcan un tempo de lembranzas e recordos que nos pasan pola mente moi a présa. Dende hai uns anos, as persoas entramos nun círculo onde todo vai demasiado rápido, o tempo non nos chega e sempre andamos a correr. Os avances na investigación, na tecnoloxía, na ciencia son tan grandes que o que hoxe é unha novidade dentro dun ano xa case queda obsoleto, e iso parece que arrastra os humanos a levar o mesmo ritmo. Pero de vez en cando cómpre parar, tirar do freo e gozar das pequenas cousas, do día a día e, sobre todo, lembrar... Os que xa peiteamos as canas do medio século vivimos outra época onde todo era máis sosegado. Dabámoslle importancia a outras cousas que agora pasamos por alto, as cales eu creo que nos facían máis humanos; faciamos da humildade un hábito e os sentimentos saían con máis facilidade. Lembro que antes parecíanos estraño que nas cidades a xente non tivera case relación co veciño da porta, ou que a tivese nada máis que coa familia directa, mentres que nas vilas e aldeas nos relacionabamos todos con todos e da familia ata coñecíamos e tratabamos os curmáns de terceira ou cuarta xeración, e mesmo de cando en vez nos xuntabamos para non perder o contacto. Pero neste campo os seres humanos non só non avanzamos, senón que retrocedemos, porque deixamos de falarnos ata cos irmáns. Cantas veces escoitamos, sobre todo no Nadal, que
moitas familias só se ven ou se falan nesas datas, e ó mellor vivindo preto, pero como sempre andamos tan atarefados nunca temos tempo para nada. Só para ir ao ximnasio, á piscina, ao bar, de viaxe, ao fútbol, á praia... A calquera sitio menos ás reunións familiares, cando o bonito sería acordarnos da familia e dos amigos non só nas datas como as que acaban de rematar. Antes, nas aldeas, as relacións cos veciños eran coma coa familia: todos se axudaban entre si, e o contacto era diario. Todo o mundo sabía quen estaba enfermo, quen tivera unha noticia agradable, quen ía facer unha festa… En fin, existía e usábase a cotío un xeito de relacionarse que agora case está en perigo de extinción: a comunicación cara a cara, e non a través deses trebellos virtuais que nos volven tolos. Ademais, son mentireiros porque che din que tes un montón de amigos, pero realmente estás só. A comunicación de antes era humana, con sentimento, todos se alegraban ou entristecían cos acontecementos dos demais. Agora volvémonos insensibles; xa non digo que nos importe o que lle pasa ao veciño, senón que case non nos importa o que lle pasa á familia que temos máis a carón. Que fermosos eran eses días de inverno a carón da lareira, cando ao anoitecer viñan os veciños ou os familiares botar unha partida ás cartas, ou simplemente a conversar, mentres os nenos xogabamos ás agachadas ou á pita cega. O sentimento de unión era único. Cando alguén se poñía malo case había que poñer un porteiro na
Os paxariños da Alameda Os ornitólogos ben que avisaron, ben que advertiron, ben que aconsellaron... E ninguén quixo escoitar e moito menos intervir no comportamento da especie. Incluso os estudosos da outra bandada que prepararon dossieres xa non saben que facer con eles porque sen necesidade de movelos teñen o paxaro espiñado e coa moral baixa. O moi incauto exemplar pensou que as análises do RH e as secuenciacións xenómicas non chegarían tan preto do seu cú.
casa porque todo o mundo acudía a interesarse polo doente. Iso era familia, amizade, cariño, comunicación, sentimento, amor; algo que agora, como evolucionamos tan rápido, xa case non existe, e non nos damos conta de canto o necesitamos ata que a soidade se converte en compañeira e eses vínculos que deberían estar arraigados entre nós desapareceron. Se botamos a vista atrás, decatámonos de que antes había unha profesión que case non tiña demanda e hoxe en día está saturada de doentes. Canta xente necesita agora da axuda dun psicólogo ou un psiquiatra? Antes as persoas non tiñan depresións porque sempre estaban acompañadas e non se vivía a contrarreloxo como facemos agora. Hoxe vivimos nun mundo irreal onde o importante é aparentar. Percorremos o tempo de cara á galería, pero a realidade de moitos fogares é totalmente distinta e por iso veñen os problemas. Actualmente e máis no futuro, a soidade vai ser a compañeira das nosas vidas porque o concepto “familia” está desaparecendo, e o noso egoísmo, a falta de comunicación e a nosa altivez, que non nos deixa poñernos á altura ou quedar por debaixo dos demais, fai que vivamos sós no noso interior aínda que na rúa esteamos rodeados de xente. Agora as familias xa son máis pequenas, e nós estamos empeñados en facelas moito máis, porque os nosos fillos practicamente non coñecen a familia máis próxima. Nunca nos vemos, e se o facemos é pola rúa correndo. Falta contacto e sobra en-
vexa e prepotencia… Onde quedaron aquelas comidas familiares arredor dunha mesa ou ao calor da lareira nas que se botaba a tarde falando e contando cada un como lle ían as cousas? As poucas reunións familiares que se fan agora son máis curtas e a xente está máis pendente de ver quen lle manda unha mensaxe ou un emoticono ao teléfono que de saber como lles vai a vida aos seus. Eu creo que non sería a mesma de non ser polo contacto que tiven cos avós, cos tíos e cos curmáns, e poder lembrar esas vivencias, ese cariño e esas miradas que os avós nos botaban cada vez que estabamos todos xuntos. Sempre lembrarei a obsesión que tiñan de que nos seguiramos xuntando cando eles xa non estiveran porque era primordial que a familia estivera unida. Cantas veces escoitamos a alguén dicir: “eu non fago festa porque custa moito”, “dá moito traballo” ou “non teño espazo”? Acaso antes a xente tiña cartos? As mulleres que atendían a varios fillos, á casa e ás tarefas do campo estaban descansadas? As casas, que case non tiñan cuartos suficientes para os que vivían nelas, tiñan espazo para facer a festa? O que de verdade falta agora é querer, ter ganas de compartir e de comunicarte coa túa sangue. Así é que no futuro próximo todos acabaremos nunha residencia sen que ninguén nos vaia visitar, porque os fillos non terán tempo para nós e o resto da familia nin a coñeceremos. En fin, recollemos o que sementamos.
sección de chíos, murmuracións e faladorías pilladas polo aire, unhas máis certas que outras
Os observadores dan voltas preto do niño, para ver se airea as plumas. As néboas, naturais e artificiosas, son moi mestas. Non ven nada e só lles queda afinar o oído. Así escoitaron, entrecortada pola fondura da noite, desde o curro reservado, a copla que o paxaro lle cantaba á ave: “no me dés tormento / no me hagas sufrir / vivo de tu aliento / y muero por ti / si tú me quisieras podrías tener / pulseras y anillos de plata y coral / un trono en la tierra y un barco en el mar”.
Os corvos, que pasan un inverno tranquilo con boas reservas de maínzo, contemplan placidamente o devir dos acontecementos entre os piñeiros. A inxenuidade do elemento, a soberbia proverbial que non decae, a incapacidade conxénita para estirar ben as ás, o atravemento desvergonzado en todos os pasos sobre a terra, o pico mal afiado, a xordeira do alférez, a estúpida colateralidade, a conexión 4G desbordada ata perder contacto coa realidade... Tiña que ser!
Un gaivoto decoroso, o mesmo ao que lle cheiran os azetas, divisou como espectador privilexiado o desencaixe da situación. Sendo gaivoto, ten vista de aguia e sabe entender e aproveitar o tordo, o moi tordo. Tanto que puido ver como se xestou a doenza, como se propagou o virus con torpeza e sen hixiene e como o doutor administrou despois un placebo (verbal, claro) totalmente caducado co que só se engañou a si mesmo, non ao paciente. Contaxio seguro.
Cr贸nicas
Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.
Cr贸nicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Galicia Editorial, S.L. Peche de edici贸n: 18-11-2016. Dep贸sito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com