Cronicas comarcadeordes n38 febreiro2017

Page 1

Crónicas

Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 38 - Febreiro de 2017

A ruptura do PP abre unha crise de gobernabilidade en Ordes A política ordense entrou nunha crise de moitas incertezas, despois de que os concelleiros Beatriz Martínez Candal e Luis Caamaño Fraga

abandonasen o PP para pasar ao grupo de non adscritos. O executivo pasa de ter unha maioría endeble a estar en minoría e perder moita

marxe de manobra. Pero á vez non se albiscan opcións de que prospere unha moción de censura. Un inminente pleno extraordinario,

forzado por UxO, obrigará a reorganizar o funcionamento diario do Concello, limitando máis aínda o campo de actuación do goberno. Páx. 2

O temporal arrasa a comarca

CERCEDA

Fomento prevé repoñer a antiga vía para traer carbón Páx. 8

ORDES

Homenaxe aos veciños fusilados fai oitenta anos Páx. 18

ECONOMÍA

A Xunta elimina os límites ao cultivo de maínzo na PAC Páx. 16

COMARCA

Numerosas zonas quedaron sen electricidade ata catro días

Páx. 4

Cerceda e Mesía aspiran a entrar na reserva da biosfera Páx. 10

ECONOMÍA E TRABALLO

Deus presenta EREs con máis de cen despedimentos

Páx. 17

CERCEDA

Demandan a recuperación dos fondos do plan mineiro

Páx. 15

ORDES

A nova ponte de Vilamaior abrirá nos vindeiros días Páx. 6


2

Crónicas - Febreiro 2017

Actualidade ORDES O goberno queda con moi pouca marxe de manobra e a oposición non reúne apoios abondo para unha censura

A paso de dous edís do PP a non adscritos abre unha crise chea de incertezas na política ordense “Hemos decidido pasar al grupo de no adscritos, por desavenencias con el alcalde y algunos compañeros de gobierno del Concello de Ordes, habiendo solicitado la baja temporal en el Partido Popular temporalmente”. Con estas palabras, nas que non abundaron nos seguintes días, os concelleiros Luis Caamaño Fraga e Beatriz Martínez Candal abriron unha crise chea de incertidumes na política local ordense. O seu abandono do PP deixa o goberno con só cinco concelleiros nunha corporación de dezasete, fronte aos seis de Unión por Ordes (UxO), tres do BNG, eles dous e unha do PSOE. O executivo, que xa tiña unha maioría débil, queda agora practicamente sen marxe de manobra, abocado a intentar negociar cada paso ou a ver como a coalición tácita de UxO, non adscritos e PSOE fai prosperar decisións adversas para os seus intereses. Non obstante, tampouco é probable unha moción de censura para conformar un goberno alternativo, coa que se especulou nada máis coñecer a decisión de Caamaño e Martínez. Impídeno os últimos cambios no pacto contra o transfuguismo, que no caso dunha moción de censura deixan sen valor o voto dos edís que abandonen o seu partido. Deste xeito, ademais dos votos de UxO e PSOE, sería necesario o apoio do BNG. Pero sucede que, como cando en agosto pasado unha serpe de verán fixo circular contactos para unha censura, os nacionalistas manteñen varias condicións, entre elas que abandonen a política os integrantes de UxO Manuel Regos, Roberto González e Silvia Marín, algo que a priori non semella factible. A primeira e lóxica consecuencia da crise política foi unha reorganización do goberno. As áreas de Moci-

Tensión PP-UxO polas referencias á imputacion de Marín

Beatriz Martínez Candal e Luis Caamaño Fraga, os dous edís que marcharon do PP

dade e Deporte, que ostentaba Caamaño, pasaron a mans de Ana Soneira, primeira tenente de alcalde. E as de Obras e Infraestruturas, que exercía Martínez Candal, asumiunas o propio alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo. Os dous díscolos tamén quedan fóra da Xunta de Goberno Local. “INGOBERNABILIDADE” O seguinte paso de relevancia na crise deuno UxO, que considera que se chegou a unha situación de “total ingobernabilidade” e demandou un pleno extraordinario para decidir de novo aspectos como as comisións informativas existentes, os representantes do Concello en órganos colexiados e entidades supramunicipais, as dedicacións exclusivas e parciais e o seu importe, o pago das asistencias ou as asignacións a grupos políticos. Á espera desa sesión, que se celebrará nos vindeiros días, a nova correlación de forzas non serviu de momento para que o executivo perdese votacións de importancia. No primeiro pleno con Caamaño e Martínez como non adscritos, as mocións presentadas por distintos grupos aprobáronse por unanimidade, de ma-

neira que non se escenificou completamente a ruptura, máis alá da nova ubicación dos non adscritos na sala. Si foi máis conflictivo o pleno para decidir que proxectos se acometerán no plan provincial de obras e servizos (POS) da Deputación. Neste caso, todo indicaba que o executivo do PP si perdería a votación, vendo prosperar a proposta de obras acordada entre UxO, os díscolos e o PSOE. En cambio, non chegou a votarse e calquera decisión foi posposta ata este martes 22. A razón é que unha das obras que propoñían os socialistas, a urbanización dun tramo da rúa García Gerpe, sería ilegal, de acordo cun informe técnico municipal. Ademais, o alcalde advertiu de que o montante da proposta superaba o diñeiro que asigna a Deputación. Para UxO, produciuse un “alarde de autoritarismo” por parte do alcalde. Os independentes preferían ter emendado as obras na propia sesión, sen agardar á nova. O PSOE, que asegurou descoñecer o informe técnico a tempo, xa propuxo cambiar a obra ilegal por outras en varios camiños. Se finalmente sae adiante, sería a primeira derrota seria do PP.

O pleno de reorganización pedido por UxO, que suporá previsiblemente unha redución de retribucións no goberno e a designación de edís da oposición para postos de responsabilidade en entidades como a Mancomunidade, causou unha forte lea entre independentes e PP. O grupo de goberno acusou a UxO “entorpecer a xestión diaria do municipio”, que xulga ben encamiñada polo novo alcalde “tras oito anos de parálise nos que xeraron unha débeda de nove millóns de euros”. O partido do goberno acusa a UxO de querer máis comisións e dietas “para ‘chupar’ a conta do Concello” e pediu “reflexión” a todos os edís polo feito de que “a proposta xurda dunha concelleira investigada” xudicialmente, en referencia á imputación de Silvia Marín e deixando caer que algún outro representante con poder en mandatos pasados tamén ten “problemas xudiciais”. Na súa réplica, UxO criticou que a única lectura do alcalde “sexa meramente en clave económica e revanchista” e acusouno de “faltar ao respecto” tamén aos centos de investigados cos que conta o PP, á presunción de inocencia e ao sistema xudicial. UxO insiste en que das eleccións de 2015 non saíron maiorías, o que fai necesario “negociar e chegar a acordos”, máxime na nova situación.


Crรณnicas - Febreiro 2017

3

PUBLICIDADE


4

Crónicas - Febreiro 2017

Actualidade COMARCA Cortes do servizo eléctrico ata catro días

Os temporais causan danos na comarca Carballo centenario derrubado na Praza do Concello de Mesía, en imaxe dun lector

Os servizos públicos retiraron numerosas árbores caídas sobre pistas e estradas

O tendido eléctrico viuse afectado polo vento, sobre todo en zonas forestais

‘Gas Natural Fenosa déixanos a escuras’ foi o lema da protesta do BNG ante a central térmica da compañía en Meirama (Cerceda) pola súa xestión dos apagóns

Parte do muro perimetral de peche do campo de fútbol de Abellá, en Frades, non resistiu o empuxón do vento e quedou parcialmente destruído

Jürgen, Kurt e Leiv. Así foron bautizadas as tres borrascas que afectaron a Galicia nos primeiros días de febreiro, e que tamén na comarca ocasionaron cuantiosos danos materiais. Trouxeron chuvia e tronada, pero o peor foi a forza extrema dos ventos, que fixo caer árbores, tendidos eléctricos e telefónicos, farolas e incluso muros, e levantou cubertas en vivendas e naves. Todo, afortunadamente, sen vítimas persoais. Os servizos de emerxencias tiveron moito traballo nas horas e días posteriores, restablecendo a circulación nas estradas afectadas e retirando todo aquelo que puidese supoñer un risco para a poboación. Con todo, a consecuencia máis duradeira foi a interrupción da sub-

tuacións, en forma de mamites nas vacas, baixóns de produción pola alteración dos horarios, danos na maquinaria por funcionar con xeradores...

ministración de electricidade en numerosos puntos da comarca. No mellor dos casos, o servizo faltou só unhas horas. Pero para milleiros de persoas o apagón durou un, dous, tres e ata catro días. Foron xornadas nas que a actividade económica se viu condicionada en industrias, comercios, bares, restaurantes e establecementos de hospedaxe. Especialmente damnificadas víronse as explotacións gandeiras. Aínda contando con xeradores eléctricos, propios ou compartidos, tiveron dificultades para muxir o leite e para o posterior arrefriado. Algunhas granxas, poucas, perderon a produción, e algunhas outras, máis, padecen esas outras consecuencias ‘silenciosas’ que veñen despois destas si-

POLÉMICA ELÉCTRICA A medida que se foron superando os primeiros efectos, foi medrando a polémica pola resposta que as compañías eléctricas deron á reparación dos estragos. Cidadanía, partidos políticos, organizacións sindicais e institucións criticaron a lentitude e a falta de medios. A Xunta anunciou uns días despois dos temporais a apertura dun expediente informativo, co que pretende determinar se as eléctricas cumpriron cos protocolos establecidos para

facer fronte aos temporais. Pero tamén a Xunta foi criticada por suposta connivencia coas compañías eléctricas. A oposición cre que os controis públicos sobre as medidas de prevención fallaron nos últimos anos por deixación do departamento autonómico de Industria. En Marea falou de “escándalo” por que Fenosa cobre uns 800 millóns de euros anuais para conservación e mantemento da súa rede de distribución, sen que iso palíe os danos ante os temporais. O PSOE reclamou liñas de axuda urxentes para as persoas afectadas. O BNG reclamou “sancións exemplares” a Fenosa. E o PP xustificou a xestión da Xunta, defendendo a apertura do expediente informativo.


Crรณnicas - Febreiro 2017

5

PUBLICIDADE


Crónicas - Febreiro 2017

6

Actualidade Revisan a ponte de Pereira despois de aprezar problemas tras o remate da obra Durante boa parte de 2016, estivo tamén cortado e desviado o tráfico na ponte de Pereira (Ordes), por mor das obras de acondicionamento da ponte. Sen embargo, unha vez rematados os traballos e recuperada certa normalidade, non remataron os problemas. A causa é que a capa de rodadura descendeu, de maneira que o paso pola ponte é en si mesmo unha irregularidade no nivel do vial. Gonzalo Veiras, concelleiro do BNG, interesouse pola cuestión no pleno municipal. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, informou de que xa tiñan prevista unha acción de barrido, rego de imprimación e aglomerado en quente para corrixir o defecto. Non obstante, amosou o seu descontento co resultado e anunciou que solicitaría á Xunta, responsable do traballo, a facer que a empresa contratada volvese intervir para que “quede como ten que quedar”.

ORDES A punto de rematar as obras da ponte de Melante, con semanas de retraso

Vilamaior recuperará o tráfico pola súa estrada principal nos vindeiros días A parroquia de Vilamaior (Ordes) podería recuperar a normalidade nos vindeiros días, xa que está previsto que se retome o tráfico na súa estrada principal, unha vez rematadas as obras da nova ponte entre os lugares de Melante e A Armada. Os traballos, que segundo os cálculos iniciais tiñan que ter rematado a mediados de xaneiro, están en todo caso moi avanzados. Supuxeron un investimento duns 80.000 euros. Consistiron en derruír o anterior paso, para continuar co movemento de terras necesario para a nova cimentación e a instalación da nova estrutura, de oito metros de ancho. Tras asegurar as zapatas, muros e lousas superiores, colocouse un muro de acompañamento en pedra de granito e elementos laterais de seguridade. Finalmente, reafirmouse a estrada, con grava, zahorra e a aplicación de aglomerado en quente. Nos terreos laterais, plantáronse árbores autóctonas. Coa nova ponte, agárdase solucionar os problemas de drenaxe existen-

A nova infraestrutura pretende evitar as anegacións ocasionais sobre a estrada

tes, poñéndolle fin ás anegacións que se padecían na zona en caso de chuvias fortes. PISTA DE PORPALLA O restablecemento da circulación pola estrada principal suporá tamén a normalidade para a pista desde O

Casal ata O Peñasco por Porpalla, que se utilizou como alternativa durante as obras. O seu regular estado previo, unido ao alto tráfico que soportou, déixana nunha situación moi precaria, co firme totalmente destrozado e coas drenaxes laterais desdebuxadas en varios puntos.

MESÍA

FRADES

Renovan un pontón deteriorado no Samo entre Albixoi e Cabrui

A execución da senda peonil en Galegos ten seis meses de prazo

Visita do delegado provincial da Xunta á zona onde se acometeu a obra

A nova beiravía, de 1,80 metros de anchura, terá case un quilómetro de longo

O pontón sobre o río Samo, no lugar do Río, entre Cabrui e Albixoi (Mesía), foi reposto cun investimento duns 54.000 euros nun plan de emerxencias, froito dun convenio da Xunta e o Concello. A ponte vella foi afectada hai uns meses polo temporal e tiña fendas na plataforma. A nova ten un ancho de nove metros e foi fa-

A construción dunha senda peonil na estrada provincial entre Ordes e a Pontecarreira, ao seu paso por Vista Alegre (Galegos, Frades) ten seis meses de prazo. A comezos de febreiro, anunciouse como inminente o inicio dos traballos. A Deputación inviste neste proxecto uns 90.000 euros. A intervención consiste en

bricada no lugar con formigón armado mediante encofrado. Colocáronse aletas con pedras de dique de 80 a 100 quilos, adecuouse o firme e instalouse a varanda. O delegado provincial da Xunta, Ovidio Rodeiro, e o alcalde de Mesía, Mariano Iglesias, visitaron a obra e abordaron outros asuntos de interese para o municipio.

habilitar un paso para transeúntes de case un quilómetro de longo, cunha anchura de 1,80 metros. O firme levará unha capa de zahorra, con aglomerado en quente por riba e microaglomerado na superficie. Levará ademais un borde de formigón e canalizacións para a auga de chuvia e para iluminación.


Crรณnicas - Febreiro 2017

7

PUBLICIDADE


8

Crónicas - Febreiro 2017

Actualidade CERCEDA

CERCEDA Cando o Eixo Atlántico teña ancho europeo

COMARCA

O PP considera que o alcalde debería dimitir tras declarar polas obras do Xardín Botánico

ADIF repoñerá a vella vía férrea para o transporte de carbón a Meirama

Os socialistas piden mellorar os accesos nas fincas das parcelarias

As obras do estanque do Xardín Botánico de Cerceda volven ser motivo de controversia política entre os dous principais partidos políticos da corporación: o PSOE, no goberno, e o PP, o máis numeroso da oposición. O PP asegurou que o alcalde, José García Liñares, tivo que acudir ao xulgado a declarar como investigado. Foi por unha denuncia presentada polo propio PP. O seu portavoz, Francisco Santos, acusa ao rexedor de contratar as obras “a dedo”. Asegura que pode demostrar con documentos que os traballos, contratados o 10 de abril de 2015, “estaban moi avanzados xa un mes antes”, di o PP. Para Santos, resulta “moi complicado de entender que unha empresa se poña a realizar unha obra se antes non ten asegurado que lla van pagar”. O edil do PP cre que o procedemento estivo marcado polo “escurantismo e a falta de información”. O PP cuestiona tamén o procedemento seguido para a contratación, un negociado sen publicidade. Ao ter un importe de 314.000 euros, remarcan que debería ter sido un procedemento con publicidade. “Dá a sensación de que sempre quixeron que non se soubese moito sobre esta actuación porque había algo raro detrás dela”, cre Santos. CONTRATOS DISTINTOS O goberno rexeitou en pleno a moción do PP, ao considerar que carece de fundamento. Xa en ocasións previas, o alcalde defendeu que a dereita confunde uns traballos previos de drenaxe na parcela do parque do Xardín Botánico, contratados nun procedemento distinto, co proxecto de construción do estanque. Por tanto, o Concello descarta que se cometeran ilegalidades. Non obstante, o rexedor si ten recoñecido que non se debería ter utilizado o procedemento sen publicidade, ao superar os 200.000 euros, decisión da que responsabilizou ao secretario municipal. O erro foi advertido por Agader, que subvencionou a obra. Despois, o Concello preguntou ao Consello Consultivo de Galicia se era posible anular o contrato. O organismo ratificou que o procedemento non fora ortodoxo, pero descartou anulalo polos prexuízos que causaría ao estar a obra xa feita.

O Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) mantén o seu plan de repoñer a antiga vía entre A Coruña e Cerceda, desmantelada hai uns anos. A intención é que a vella liña sirva para o transporte de carbón entre o porto coruñés e a central térmica de Meirama. Na actualidade, os trens que traen o combustible para a planta de Gas Natural Fenosa utilizan a vía de alta velocidade do Eixo Atlántico. Sen embargo, cando esta infraestrutura pase a operar co ancho europeo non será válida para os convois de mercadorías empregados. Por iso, óptase por darlle uso de novo ao antigo trazado. Tal intención coñeceuse durante unha reunión do alcalde de Culleredo, Julio Sacristán, con responsables do Ministerio de Fomento en Madrid. O rexedor do municipio veciño á comarca quería negociar a cesión dun tramo de vía no seu muni-

cipio para construír unha Vía Verde. Fomento negouse a tal pretensión, argumentando que o trazado aínda é do seu interese para o transporte de carbón. Non obstante, aínda non hai unha data concreta para que o Eixo Atlántico pase a ancho europeo. O propio alcalde de Culleredo comentou que hai unha década, cando efectuara a mesma petición, negáranse coa mesma razón. Deste xeito, só se pode concluír que Fomento mantén os seus plans, pero sen determinar prazos. Por iso, Sacristán asegura que seguirá con atención as iniciativas do ADIF para, de ser o caso, volver reclamar a Vía Verde. O desmantelamento das antigas vías de tren causara no seu día rexeitamento en parte da poboación de Cerceda, ao frustrar o mantemento dun servizo de tren en apeadoiros próximos aos principais núcleos, en vez de na nova estación, distante.

Os socialistas pediron mellorar os accesos ás fincas das parcelarias de Parada, Mercurín e Lesta, recentemente entregadas. Segundo din, os propietarios atópanse coas entradas sen acondicionar e con moreas de terra nas novas posesións que non lles correspondería retirar aos donos. En iniciativas no Concello e no Parlamento, o PSOE pide a intervención da Consellería do Medio Rural, sen gastos para os propietarios de terreos ou o Concello. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, explicou no pleno que a toma de posesión careceu de suficiente partida económica e recomendou que os propietarios contacten coa empresa encargada dos traballos, Seaga, para demandar os acondicionamentos. Con todo, o rexedor ordense trasladoulle a situación á Xunta para que procure unha solución ao problema. Martínez Sanjurjo lamentou tamén os danos nas pistas pola retirada de madeira, que ve “moi difíciles de vixiar e controlar”.

FRADES - ORDES Participan vinte persoas, en módulos de albanelería e xardinería

Avanzan as intervencións do obradoiro de emprego común de Frades e Ordes Parte das intervencións do obradoiro de emprego común que se desenvolve en Frades e en Ordes xa son visibles. En Frades, xa efectuaron traballos de restauración na vella escola unitaria de Abellá, de xardinería na piscina en Papucín, en varias áreas recreativas e no campo de fútbol de Vitre. En Ordes, os traballos previstos, algúns en plena execución, son varias reformas e melloras nos locais sociais das parroquias de Santa Cruz de Montaos e de Buscás, no parque infantil Pilar Martínez e no paseo Ramiro Recouso. O obradoiro de emprego conta con vinte participantes, que se forman e practican nas especialidades de albanelería ou de auxiliar en viveiros e xardíns. A iniciativa de formación e emprego dura unicamente seis meses e conta cun investimento duns 180.000 euros por parte da Xunta. Cinco persoas encárganse da dirección, docencia e administración do obradoiro. Hai uns días, o delegado provin-

Os alumnos e traballadores interveñen en varias dependencias de uso público

cial da Xunta, Ovidio Rodeiro, visitou os traballos acometidos xunto cos alcaldes de Frades, Roberto Rey, e de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo. Os tres destacaron a importancia deste tipo de iniciativas como oportunidades de inserción laboral para os alumnos e traballadores e como

contribución á sociedade coas obras e traballos acometidos. Rodeiro indicou que na provincia coruñesa están activos outros 23 obradoiros de emprego e oito obradoiros de programas de garantía xuvenil, con 600 alumnos en total e un gasto de máis de 5 millóns de euros.


Crรณnicas - Febreiro 2017

9

PUBLICIDADE


10

Crónicas - Febreiro 2017

Actualidade COMARCA Establecéronse contactos cos Concellos para as posibles incorporacións, que tardarían uns anos

Cerceda e Mesía optan a entrar na reserva da biosfera das Mariñas e do Mandeo Os municipios de Cerceda e de Mesía poderían formar parte da reserva da biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Así o prevé esta entidade nos plans de ampliación do seu territorio, que inclúen tamén as posibles entradas dos concellos da Laracha e de Vilasantar. O presidente da reserva e alcalde de Abegondo, máis o vicepresidente e alcalde de Paderne, César Longo, xunto a outros responsables do organismo, reuníronse xa cos alcaldes de Cerceda e da Laracha, e comprobaron o interese dos de Mesía e Vilasantar por sumarse á iniciativa, que na actualidade abrangue dezasete municipios. O interese en Cerceda radica en boa medida no lago creado a partir do oco da mina de Meirama, cunha contorna que paulatinamente se está convertindo nun espazo natural moi rico en fauna e flora. Tamén Mesía conta con espazos naturais moi coidados, con fragas, cauces fluviais

e a lagoa xerada sobre unha antiga canteira como algúns dos principais expoñentes, ademais dun rico patrimonio cultural e histórico. LEVARÁ TEMPO A pesar de que o interese por todas as partes semella patente e as incorporacións non interfiren co plan de desenvolvemento que a reserva da biosfera está aplicando, o proceso levará bastante tempo. As corporacións locais non tardarían moito en solicitalo, pero despois tería que ser aprobado pola Administración do Estado e finalmente pola UNESCO, organización internacional responsable da designación das reservas da biosfera. A das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo foi declarada en maio de 2013. A candidatura fora promovida pola Asociación de Desenvolvemento Rural ‘Mariñas-Betanzos’, co apoio dos dezasete Concellos que a conforman actualmente, a Deputación da Coruña e a Xunta, ademais

CERCEDA Máis de 3 millóns de toneladas en 2015

A térmica de Meirama é a oitava xeradora de CO2 de toda España A central térmica que Unión Fenosa ten en Meirama (Cerceda) é a oitava instalación emisora de CO2 de toda España, segundo o último informe do ‘Observatorio de la Sostenibilidad’, elaborado con datos oficiais correspondentes a 2015. Da planta de Cerceda emanaron 3.016.683 toneladas de CO2, do to-

tal de 137.135.337 toneladas de gases de efecto invernadoiro producidos en España durante o ano. Meirama é a segunda instalación que máis contamina con CO2 de Galicia, despois da central que Endesa ten nas Pontes. Esta última supera os 7,5 millóns de toneladas, duplicando con creces a térmica de Fe-

O lago das Encrobas tería gran valor para a reserva (imaxe: Gas Natural Fenosa)

de asociacións, universidades, e organizacións empresariais e de traballadores. 114.000 HECTÁREAS Ata o de agora, o territorio desta reserva suma case 114.000 hectáreas, algo máis do 14% da superficie da provincia coruñesa. Ademais

de conservar a biodiversidade, procura buscar un desenvolvemento social e económico da zona respectuoso co medio natural, garantir un bo uso dos recursos, potenciar a participación cidadá, incentivar as iniciativas vinculadas ao turismo sostible e prestixiar os produtos e empresas do seu territorio.

nosa. Entre as dúas, producen máis de dous terzos dos gases de efecto invernadoiro de Galicia, que ascenden a case 15.353.000 toneladas. A terceira instalación do estudo radicada en Galicia é a refinaría de Repsol na Coruña, que xerou 1.157.267 toneladas de CO2 en 2015. Da comarca, só outra empresa aparece no listado das principais contaminantes. Trátase da Gestora de Subproductos de Galicia (GESUGA, SL), tamén radicada en Cerceda, con 5.630 toneladas de gases de efecto invernadoiro en 2015. O informe, elaborado por seis

científicos e enxeñeiros e avalado por un prestixioso comité científico, deixa patente que Galicia é a terceira autonomía que máis gases de efecto invernadoiro emite, superada por Andalucía e Asturias. Son o 11% do total de gases contaminantes españois, cando a poboación é de só o 6% de toda España e o Produto Interior Bruto (PIB) o 5%. O informe lembra que de 1990 a 2007 Galicia incrementou os gases de efecto invernadoiro un 25%, por riba do que permite o Protocolo de Kioto e por debaixo do crecemento medio español.

ORDES Os nacionalistas pedíronlle avaliar o retorno económico que puido ter a atracción para o municipio

O alcalde reprocha a vara de medir do BNG sobre a pista de xeo O procedemento para instalar unha pista de xeo en Ordes durante o Nadal segue sendo motivo de controversia política. En pleno, o BNG pediu información sobre o gasto que supuxo para o Concello e instou ao goberno local a avaliar que retorno económico tivo para o municipio. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo (PP), confirmou o pago duns 18.000 euros (sen IVE) e uns 1.800 euros de gastos adicionais. En canto

ao retorno da actividade, constatou que non é doado de estimar. Como dato concreto, expuxo que tivo 2.983 usuarios en 41 días de apertura, cando as expectativas eran de 4.000. De todas as maneiras, o rexedor describiu a pista de xeo como unha actividade “transversal”, útil para a promoción económica e a xeración de emprego local pero tamén para a conciliación familiar e laboral ou a práctica de deporte.

Martínez Sanjurjo defendeu que a pista “non foi un capricho” e “por primeira vez ofreceuse algo distinto no Nadal en Ordes”. Aprezou demanda social e que a única crítica foi a do BNG. Aos nacionalistas reprochoulles que cuestionen a pista e non eventos como o Desordes Sonoras, no que o Concello investiu 11.000 euros, ou o Desordes Creativas (21.000 euros). Son propostas das que en todo caso defende a continuidade.

Outra liña de defensa do goberno foron os aforros obtidos no aluguer da vella estación da Pontraga (10.500 euros menos ao ano) ou no mantemento de ascensores (10.200 euros menos ao ano). E tamén explicou que a pista de xeo de Ribadeo, gobernado polo BNG, licitouse por 31.000 euros. Pablo Vidal (BNG) insistiu en que non critican a pista, senón a forma de xestionala, e pediulle ao alcalde non cuestionar o investimento en cultura.


Crónicas - Febreiro 2017

11

ACTuALiDADE COMARCA Baixa a poboación en todos os municipios; a non ser Oroso, estable

A comarca baixa do listón dos 37.000 habitantes tras perder outros 353 A poboación dos sete municipios da comarca de Ordes xa non chega a 37.000 persoas, segundo a última actualización do padrón, correspondente ao 1 de xaneiro de 2015. Os datos publicounos hai uns días o Instituto Galego de Estatística (IGE), sobre a base do reconto elaborado polo INE, o seu homólogo español. No último exercicio. a poboación baixou en 353 persoas, pasando das 37.313 do censo anterior ás 36.960 de comezos de 2016. A caída aféctalle a todos os concellos, a non ser Oroso, que só incrementa o número de persoas empadroadas en sete, de maneira que se pode dicir que a súa poboación está estancada. Deste xeito, en Cerceda hai 45 habitantes menos, en Frades 42, en Mesía 34, en Ordes 107, en Tordoia 69 e en Trazo a perda de habitantes é de 73. Obsérvase que as zonas máis urbanas xa non logran compensar a falta de natalidade coa atracción de residentes desde as zonas máis rurais, que están aínda máis prexudicadas pola falta de nacementos.

EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN NA COMARCA CONCELLO Cerceda Frades Mesía Ordes Oroso Tordoia Trazo

2011 5.392 2.607 2.922 12.948 7.174 4.168 3.472

2012 5.318 2.566 2.879 12.963 7.328 3.924 3.433

2013 5.265 2.509 2.849 12.939 7.431 3.817 3.343

2014 5.156 2.485 2.795 12.844 7.400 3.706 3.301

2015 5.076 2.460 2.734 12.776 7.413 3.591 3.263

2016 5.031 2.418 2.700 12.669 7.420 3.522 3.190

Comarca

38.683

38.411

38.153

37.687

37.313

36.960

Fonte: IGE a partir de INE (datos a 1 de xaneiro de cada ano)

2,3% DE ESTRANXEIROS Tampouco a presenza de poboación estranxeira logra mitigar o declive demográfico, que no último lustro faise cada vez máis patente na bisbarra. Os sete municipios suman 839 persoas de fóra de España, o que en termos relativos non chega nin ao 2,3% do total. A maior proporción rexístrase en Oroso, pero en todo caso é de só o 4%. Non obstante, a poboación es-

tranxeira si medra con respecto a dez anos antes no conxunto da comarca, ao pasar de 593 a 839, do 1,5 ao 2,3%. Aséntase sobre todo nas zonas máis urbanas, como Ordes, Oroso e Cerceda, e é irrelevante, estatisticamente falando, nos municipios menos desenvolvidos, como Frades. ENVELLECEMENTO O fenómeno do envellecemento da poboación, por outra parte, segue

POBOACIÓN ESTRANXEIRA CONCELLO Cerceda Frades Mesía Ordes Oroso Tordoia Trazo

2006

2016

56 (1%) 6 (0,2%) 13 (0,4%) 353 (2,9%) 130 (2%) 21 (0,5%) 14 (0,4%)

76 (1,5%) 2 (0,1%) 15 (0,5%) 417 (3,3%) 296 (4%) 14 (0,4%) 19 (0,6%)

Comarca

593 (1,5%) 839 (2,3%)

MAIORES DE 64 ANOS 2016 Cerceda Frades Mesía Ordes Oroso Tordoia Trazo

N (%) 1.532 (30,4%) 738 (33,1%) 898 (33,2%) 2.887 (22,8%) 1.093 (14,7%) 1.313 (37,3%) 1.035 (32,5%)

Comarca

9.496 (25,7%)

avanzando, ata o punto de que preto do 26% das persoas censadas na comarca supera os 64 anos de idade. En Oroso é onde menos se nota, ao ficar por debaixo do 15%, mentres que o municipio coa proporción máis elevada de maiores é Tordoia: 37%.

Materiales de construcción Saneamiento Telf: 981 68 11 21 Fax: 981 68 26 98 Fertilizantes

Balado, 48 ORDES (A Coruña)

pampin@ahpampin.com

CLICKFER HNOS. PAMPÍN FERRETERÍA

Recreo, 54 ORDES (A Coruña)

Telf: 981 68 22 61 Fax: 981 10 87 97 pampin@ahpampin.com

Crónicas

680 509 760

Lugar de Orro, 100- CULLEREDO

Queres lernos no teu móbil, ordenador, tableta...? Envíanos un correo electrónico. É de balde! cronicas.comarcadeordes@gmail.com


12

Crónicas - Febreiro 2017

Actualidade COMARCA

CERCEDA Corenta anos da loita veciñal contra a ocupación forzosa das súas terras

Increméntanse as consultas do CIM de Ordes, ata chegar ás 1.651 o ano pasado

Conmemoran a Revolta das Encrobas

O Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Ordes atendeu a 398 persoas en 2016, 83 máis que en 2015. En todo o ano, o centro rexistrou 1.651 consultas, incrementándose en 395 sobre o ano previo. O servizo do CIM con maior demanda é o asesoramento xurídico, que acada 510 consultas. Houbo 446 peticións de información sobre recursos, 263 consultas de atención psicolóxica e 208 consultas sobre atención a vítimas da violencia de xénero. Estes datos déronse a coñecer durante unha visita do vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, ás instalacións do CIM. O persoal do centro expúxolle, ademais do traballo efectuado, as necesidades que teñen para poder ampliar e mellorar os distintos servizos. Rueda, que estivo acompañado por outros cargos autonómicos e representantes dos municipios da contorna, destacou o labor dos profesionais dos CIM.

ORDES

O alcalde prevé contar con radioloxía no centro de saúde “a curto ou medio prazo” A implantación da radioloxía no centro de saúde de Ordes poderá ser unha realidade “a curto ou medio prazo”. As datas dependerán dos medios dos que dispoña a Consellería de Sanidade, á que o Concello xa lle trasladou a demanda hai xa varios meses. A información facilitouna o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, ante unha iniciativa plenaria dos socialistas, que solicitaron a dotación do servizo de radioloxía dixital para o centro. A proposta aprobouse por unanimidade. Paula Castenda (BNG) sinalou que o servizo evitaría desprazamentos de poboación de toda a comarca a Santiago ou á Coruña e cre que sería beneficioso. Manuel Regos (UxO) afirmou que a radioloxía é unha das melloras que tratara de conseguir no seu mandato e que contribuiría a previr os habituais colapsos de urxencias no hospital. Regos advertiu da falta de radiólogos, pero cre que un técnico podería atender o servizo.

Este 15 de febreiro cumpríronse corenta anos da chamada Revolta das Encrobas, a revolta veciñal desta parroquia de Cerceda contra a expropiación das súas terras por parte de Fenosa para a mina que abastecería a central térmica de Meirama. Aínda que xa estaban en 1977, era un tempo no que estaban aínda moi vivos algúns resortes do franquismo -a expropiación fora aprobada nun dos últimos Consellos de Ministros do dictador- e os veciños e veciñas, entre eles o crego Moncho Valcarce, sufriron represión. Finalmente, logo dos sonados enfrontamentos cuns douscentos gardas civís que motivaron mostras de solidariedade por todo o país, lograron prezos máis xustos polos seus terreos. Para a historia quedaría o lema ‘A terra é nosa e non de Fenosa’. Durante estes días, celébranse diversos actos conmemorativos. O

BNG efectuou unha homenaxe ante o busto de Moncho Valcarce en Pontoxo e ten previsto un acto de maior envergadura antes do vindeiro verán. Ao peche desta edición, ultimábanse tamén os preparativos dunha Marcha pola Memoria do domingo 19 de febreiro, para a que se elaborou un pequeno manifesto e no que tomará as fotografías Xosé Castro, o mesmo que o fixo catro décadas antes. O BNG propuxera no pleno municipal, coa negativa do PSOE e a abstención do PP, unha festa homenaxe convidando as persoas que viviron aqueles feitos, unha exposición de fotografías sobre o acontecido e a transformación da parroquia, poñerlle o nome de Moncho Valcarce ao local social das Encrobas, e bautizar como ‘Avenida Revolta das Encrobas’ a entrada principal do polígono industrial do Acevedo.

Ofrenda floral ante o busto de Valcarce


Crónicas - Febreiro 2017

13

Actualidade ORDES Apróbase unha proposta para que Fenosa aplique solucións inmediatas

ORDES

O 2017 comezou con novos apagóns, ocasionados por unha avaría da EDAR

Estudarán aplicar unha taxa a eléctricas e gasistas por utilizar o dominio público local

Ordes comezou 2017 con novos problemas na subministración eléctrica. Sen ter en conta os temporais, contabilizáronse interrupcións en ata tres xornadas. Debéronse a unha avaría na Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR), que afectou ao servizo en xeral. Unha vez que se procedeu á reparación, non se repetiu a incidencia. A explicación ofreceuna en pleno o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo (PP), no debate dunha proposta do BNG sobre as deficiencias do servizo de Fenosa. A iniciativa, aprobada por unanimidade, pídelle á compañía información sobre as causas dos apagóns, datos sobre o índice de calidade do servizo e que ofreza solucións con prazos. O rexedor desvelou que a em-

O pleno de Ordes aprobou por unanimidade unha proposta do BNG para aplicar unha taxa ás empresas eléctricas, de gas ou de hidrocarburos pola utilización e aproveitamento do dominio público local coas súas redes de distribución. A aplicación deste novo tributo faise posible a raíz de sentenzas do Tribunal Supremo en municipios como Arteixo, onde foi validada a súa ordenanza. O Bloque estima uns ingresos anuais aproximados de medio millón de euros e propuxo rebaixar nunha contía semellante impostos como o IBI ou o ICIO. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, precisou que as estimacións que manexan os técnicos municipais sitúan tal ingreso nuns 100.000 euros. O rexedor confirmou que xa a comezos de ano encargaron a un estudo de enxeñería a recollida de datos e un informe para a posterior aplicación da ordenanza.

A avaría na depuradora de residuais, preto das Casillas, foi solucionada

presa xa lle adiantara, de forma verbal, boa parte da información. Así, en 2016 cuantificaron ata seis apagóns, catro por causas propias e outros dous por sucesos alleos, como a caída dunha árbore sobre a liña por

culpa dun madeirista e un accidente no transformador dunha empresa privada. Os distintos grupos políticos coincidiron en que a mellora do servizo eléctrico é unha vella demanda no municipio. Gonzalo Veiras (BNG) advertiu dos prexuízos sobre o comercio, a industria, a gandeiría, o sector servizos e as familias, non admisibles estando Ordes nunha zona de moita produción eléctrica. Manuel Regos (UxO) relatou varios avances na súa etapa como alcalde. Verónica Gómez (PSOE) manifestou que os fallos xa se producen “aínda que non haxa temporais”. E o alcalde indicou que “o que sucede é anormal” e que insistirá ante a empresa eléctrica na busca dunha solución “inmediata e contundente”.

TRAZO

A Xunta denega a aprobación definifiva do Plan Xeral e insta ao Concello a rectificalo A Xunta de Galicia rexeitou darlle aprobación definitiva ao Plan Xeral de Ordenación Territorial (PXOM) de Trazo. Nunha orde que data do pasado mes de devembro, a Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo apreza diversos erros e carencias no documento presentado polo Concello e empraza á Administración local a subsanalo. Entre os aspectos que cuestiona a Xunta, destacan a previsión de crear 1.122 novas vivendas, das que 870 se situarían en solo de núcleo rural, ou que se contemple un polígono industrial duns 200.000 metros cadrados. A xuízo dos técnicos autonómicos, son perspectivas que non se xustificaron suficientemente no documento presentado. Os socialistas criticaron que o goberno municipal non ofrecese información sobre a denegación do PXOM no pleno do 23 de decembro, cando xa tiña a orde dictada pola Xunta.


14

Crónicas - Febreiro 2017

Actualidade OROSO

Emprazan ao goberno central a que modifique a normativa para poder investir o superávit O pleno municipal de Oroso emprazou ao goberno central a modificar a normativa legal que implantou uns anos, de maneira que sexa posible que os Concellos invistan o seu superávit. A iniciativa, presentada polo grupo que conforma o goberno (PSOE), detalla que o Concello de Oroso podería rematar este 2017 cun excedente de 550.000 euros. Coa normativa vixente actual, non pode investilos a non ser que obteña uns ingresos equivalentes. Antonio Leira, concelleiro socialista, defendeu que os Concellos son a administración que mellor cumpre os obxectivos financeiros, polo que ve “ineludible que o Goberno atenda as demandas do conxunto das entidades locais e nos permita utilizar o superávit”. Na mesma sesión, aprobouse outra iniciativa do PSOE para non ter que contar cun habilitado nacional como tesoureiro, que suporía un custo adicional polas retribucións deste tipo de profesionais.

ORDES - CERCEDA

A Deputación destaca a mellora dos accesos co seu plan social A Deputación da Coruña destacou as melloras en accesos e as reformas en dotacións de centros educativos como iniciativas máis destacadas do seu Plan de Acción Social en Ordes, no que inviste uns 550.000 euros. Un dos proxectos que se acometen é a reforma dos accesos ao instituto Maruxa Mallo e á piscina climatizada, con máis de 128.000 euros. Renóvase o pavimento exterior da contorna do IES e da piscina. Tamén se pavimenta o acceso ao cemiterio do Balado e constrúense case cincuenta metros de beirarrúas na Rúa da Coruña, ademais dunha pavimentación de case 600 metros desde a Rúa do Baldo. En Mercurín, o PAS inviste uns 58.000 euros en mellorar a contorna da escola, cun espazo de xogos infantís e equipamentos deportivos nuns 500 metros cadrados de superficie. A área recreativa de Vilagu-

FRADES

Rey reclama apoio da Xunta para reparar infraestruturas

dín, na parroquia de Lesta, recibirá como mellora neste plan provincial o rebacheo dun camiño de acceso duns 350 metros de longo. De xeito semellante, vaise mellorar o acceso á estación de tren desde Fosado. En Poulo, os fondos do PAS servirán para acondicionar a contorna do local social, instalar diverso mobiliario e pavimentar o acceso. Tamén se asfaltará o camiño de acceso ao campo de fútbol da parroquia e mellorarase o camiño desde Lavandeira ata A Costa. Os locais sociais de Barbeiros e de Pereira tamén serán mellorados, no primeiro caso acondicionando o exterior e no segundo adecuando os accesos existentes. O PAS tamén contempla uns 70.000 euros para o servizo de saneamento desde Lavandeira de Abaixo ata a depuradora en Poulo, así como a creación dunha nova liña de abastecemento de auga potable que dará servizo a varios lugares de Montaos.

A punto de comezar as novas sendas peonís en Meirama e no Acevedo En breve, comezarán as obras de construción de sendas peonís en Meirama e no Acevedo, en Cerceda. A Deputación da Coruña investirá uns 136.000 euros nestas dúas iniciativas. Na visita aos dous lugares do deputado provincial de Obras e Vías, José Manuel Pequeño, acompañado polo alcalde de Cerceda, José García Liñares, detallouse que a senda de Meirama irá pola marxe esquerda da DP-2405, cuns dous quilómetros de longo, e a do Acevedo terá uns 400 metros na marxe dereita da estrada DP-2403. Na mesma visita, confirmouse a previsión de executar tamén unha senda peonil de preto de dous quilómetros entre o Mesón do Vento (Ordes) e Meirama. Neste caso, as obras, para facilitar os desprazamentos a pé pola beira da DP-2405, están a punto de ser licitadas.

OROSO

Siverio (Anova) participa en Bruxelas no encontro REALPE

A conselleira do Medio Rural, cos munícipes fradenses Rey e Ferreiro

Cargos políticos galegos que participaron no encontro anual REALPE

O alcalde de Frades, Roberto Rey, máis o seu concelleiro Manuel Ferreiro, reuníronse coa conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, para buscar o apoio da Xunta na reparación de diversas infraestruturas de comunicación no municipio. A conselleira comprometeuse a estudar a petición.

Manuel Siverio Mirás, concelleiro de Anova en Oroso, participou en Bruxelas no encontro REALPE, de representantes locais electos da esquerda europea, xunto a unha trintena de cargos de Concellos galegos. A iniciativa, que se desenvolveu no Parlamento Europeo, tivo

No encontro, aproveitaron para repasar as axudas concedidas polo departamento autonómico conducentes a financiar plans de mellora e incorporacións. En Frades, concedéronse once dos 310 expedientes tramitados favorablemente no conxunto da provincia coruñesa.

como título “Emprego, dereitos sociais e solidariedade desde os municipios”. En dous paneis, o encontro abordou por unha parte as accións desde os municipios para fomentar o emprego e a industria, e por outra a cooperación local para unha boa atención aos refuxiados.


Crónicas - Febreiro 2017

15

Actualidade CERCEDA Lembran que o PP detivo o plan cando chegou ao gobrerno central

Os socialistas reivindican que Rajoy recupere os fondos do plan mineiro O PSdeG-PSOE emprendeu distintas iniciativas parlamentarias para que se recuperen os fondos do plan mineiro. Segundo os socialistas, o Miner foi paralizado polo goberno de Rajoy “de xeito unilateral”, prexudicando en Galicia a Cerceda e As Pontes, máis as súas contornas. As iniciativas presentáronse nunha visita a Cerceda do portavoz do PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia, Xoaquín Fernández Leiceaga, acompañado dos parlamentarios Begoña Rodríguez Rumbo e Juan Díaz, o alcalde, José García Liñares, e o grupo municipal socialista. Ademais de reclamar que o goberno central cumpra os seus compromisos, o PSOE empraza á Xunta a cumprir “coa súa obriga de defender os concellos galegos e facer un esforzo adicional nesta materia”. Tal como explican, en 2014 o goberno de Rajoy publicou un real decreto sobre as axudas para o impulso económico das comarcas mineiras. En cambio, dous anos e medio despois, nin sequera hai noticias sobre

OROSO

A Valedora do Pobo arquiva unha queixa do PP sobre o acceso a varias facturas e gastos Os socialistas de Oroso aseguran que a Valedora do Pobo arquivou unha queixa efectuada polo portavoz do PP local, Alexander Doval, por non poder acceder a información sobre facturas pagadas a contratistas entre xaneiro e agosto de 2016 e sobre os gastos do desprazamento organizado polo Concello a Góis para recoller a medalla de ouro a Oroso. O grupo que sustenta o goberno di que “en ningún momento foi impedido o dereito á información” e que o PP xa tiña no seu poder os datos. Asegura o PSOE que as facturas figuran nas actas das Xuntas de Goberno Local e que os gastos da viaxe a Góis foron aprobados en catro decretos, que a oposición coñece cando é convocada a pleno. A Valedora considera que a información ofrecida polo Concello ao PP é suficiente. E os socialistas sosteñen que o persoal municipal non ten por que facerlle copias e informes ao PP dunha documentación que xa ten. Acusan a Doval de querer “entorpecer” a Administración.

Fernández Leiceaga e outros representantes do PSOE, no lago das Encrobas

as negociacións para crear a correspondente comisión de negociación, segundo Rodríguez Rumbo. “Cremos que Galicia debe ser beneficiada, e que o goberno de España e a Xunta teñen unha débeda social e económica cos concellos que albergaron minas de carbón, polo que pe-

dimos que se nos informe e que se habilite o que temos perdido”, pediu a parlamentaria de Cerceda. O alcalde incidiu en que Cerceda “fixo os deberes e presentou todos os proxectos”, pero “os recortes do PP deixaron sen nada estas comarcas”, lamentou García Liñares.

A paralización do Plan Miner aprazou investimentos moi cuantiosos e necesarios en Cerceda, que terían servido para compensar os efectos da paralización da actividade mineira, unha vez rematada a explotación do xacemento de lignitos das Encrobas, que durante máis de tres décadas abasteceu a central térmica de Meirama. Como informan o PSOE, a Mesa do Carbón non se reúne desde febreiro de 2012. Entón, o plan tiña 18,5 millóns de euros executados, 6,2 millóns en execución, máis de 55 millóns pendentes de convenio e 16,6 millóns aínda non incluídos no protocolo, para toda España. En outubro de 2013, unha sentenza do tribunal central contencioso-administrativo declarou ilegal a eliminación dos fondos. En cambio, o goberno de Mariano Rajoy recorreu a sentenza. Agora agárdase que resolva a Audiencia Nacional.

TORDOIA

ORDES

Un ciclista atopa en Poulo unha perigosa táboa con cravos

O artiluxio podería causar accidentes e danos. Imaxe remitida por un lectors

Un afeccionado á bicicleta de montaña atopou unha táboa cuberta de cravos en punta cando circulaba por unha zona forestal en Pardiñas, na parroquia de Poulo (Ordes). Presumiblemente, o artiluxio foi colocado a propósito coa inten-

Millóns de euros en xogo na Mesa do Carbón, que non se reúne desde 2012

ción de facer dano. Non só para unha bicicleta, que podería sufrir importantes estropicios e mesmo ocasionar un accidente, senón incluso para outro tipo de vehículos e por suposto para persoas que acoden a pasear polo lugar, mascotas, os cazadores e os seus cans.

Falecen dous mozos nun accidente de tráfico ao caer o seu coche ao Lengüelle na Pontraga Dous mozos, un nado en Tordoia e residente en Trazo e outro de Val do Dubra, faleceron nun accidente de tráfico acontecido na Pontraga (Numide, Tordoia) na tarde o xoves 9 de febreiro. O vehículo no que se desprazaban caeu ao río Lengüelle no quilómetro 4,5 da estrada que vai de Ordes a Portomouro. Pouco despois das cinco da tarde, unha persoa avisou aos servizos de emerxencia de que escoitara un golpe e non vira saír a ninguén do río, que ía moi revolto. O vehículo afundiuse entre tres e catro metros de profundidade e quedou envorcado no leito do río. Para recuperar os corpos, que estaban na parte traseira do coche, os Bombeiros de Ordes tiveron que arrastralo ata a beira. Un equipo de mergulladores da Garda Civil sacou as vítimas e comprobou que non había ninguén máis no interior. Nas pesquisas iniciais de Tráfico, non se descartaba ningunha causa do accidente, desde un despiste ata un exceso de velocidade.


Crónicas - Febreiro 2017

16

Economía E TRABALLO LEITE Remata a obriga de reservar o 25 % do terreo a cultivos alternativos na PAC

Barra libre para o cultivo de maínzo Era unha desas cousas da burocracia que nunca se entendeu moi ben, por moito que se escudase na diversificación de cultivos. E agora acabouse. Non volve a haber límites para a plantación de maínzo, a efectos das axudas da Política Agraria Común (PAC). A propia Administración que creou o problema recondúceo. A Consellería do Medio Rural cambia o período de verificación dos cultivos da PAC, que agora vai do 15 de xaneiro ao 15 de abril e antes ía de abril a xuño, de maneira que os terreos verificados non terán feita a sementeira do maínzo cando se revisen. Na práctica, as explotacións gandeiras que teñen o maínzo como unha das forraxes principais xa non terán que reservar o 25 % dos seus terreos a outro tipo de plantacións, como herba ou producións alternativas. Así sucedeu nos últimos anos nas granxas con máis de dez hectáreas de territorio que se querían acoller á PAC, que para esta campaña 2017-2018 xa convocou as axudas. As maiores facilidades para colleitar maínzo axudarán a reducir os cus-

A verificación de terreos para a PAC farase agora antes da sementeira do maínzo

tos de produción das granxas, posto que terán que depender menos da adquisición de pensos e outros insumos externos e aproveitarán mellor a súa base territorial. Medio Rural asegura que conta co beneplácito dos organismos ministeriais, aos que lles consultou o cambio para adaptar as políticas ás características agroclimáticas galegas e ás prácticas que xa estaban asenta-

das entre os Gandeiros. Ademais, foi admitido o cultivo de forraxe herbáceo, de ray-grass, como fórmula para manter a calidade dos solos. A decisión tomada pola Xunta vén con considerable retraso sobre outras autonomías, como Asturias, onde o período de verificación xa fora modificado, situándoo alí do 15 de xaneiro ao 15 de maio, para non prexudicar o cultivo do maínzo.

O ano 2016 rematou con novo mínimo dos prezos do leite en orixe, pese á suba dos últimos meses O pasado 2016 foi outro ano pésimo para o sector leiteiro. As cotizacións en orixe marcaron un novo mínimo. Segundo o último informe do Fondo Español de Garantía Agraria (FEGA), dependente do Ministerio, a media en toda España foi de 0,30 euros por litro. No conxunto de 2015, este indicador situárase en 0,31 euros, moi lonxe dos 0,362 acadados en 2014 ou dos 0,353 de 2013. Son sempre prezos

correspondentes ao conxunto do sector leiteiro español, que en Galicia, principal territorio produtor, fican sempre por debaixo. Así pois, o contexto segue sendo moi negativo para un dos puntais económicos da comarca. O único positivo é unha moi limitada recuperación nos últimos meses, que polas informacións que se manexan estas semanas no sector non parece que vaian ter un traslado claro

nos contratos que se negocian, ou simplemente se asinan, para a nova campaña. En decembro de 2016, o último mes con datos oficiais, en Galicia o leite avanzou só a décima parte dun céntimo de euro por litro, practicamente como dicir nada. Segue sendo a peor cotización de toda España, a 1,5 céntimos por litro da media. Dito noutros termos, unha granxa galega que produza

VIVENDA Só para mocidade, familias numerosas e persoas con discapacidade

Todas as parroquias da zona, agás Santa María de Ordes, poden acceder a novas exencións fiscais Todas as parroquias da comarca, a non ser Santa María de Ordes, poden acceder a determinadas exencións fiscais para a adquisición de vivenda habitual no ámbito rural, de acordo cunha rebaixa establecida pola Xunta. A decisión de que parroquias se

poden beneficiar desta medida tomouse segundo criterios de densidade poboacional. Deste xeito, as seis parroquias de Cerceda, as doce de Frades, as doce de Mesía, as once de Oroso, as dez de Tordoia, as once de Trazo, e doce das trece de Ordes cumpren as condicións de

ser zonas pouco poboadas, que precisan recuperar habitantes. A bonificación fiscal exime de pagar o imposto por transmisións patrimoniais e o de actos xurídicos documentados. Pero non ten carácter xeral, senón que se limita á adquisición de vivendas de segunda

PREZOS DO LEITE

DECEMBRO/NOVEMBRO (€/litro)

Galicia Andalucía Aragón Asturias Baleares Canarias Cantabria Castela-A Mancha Castela e León Cataluña Extremadura Madrid Murcia Navarra Euskadi A Rioxa Valencia

0,298 0,332 0,319 0,326 0,306 0,448 0,309 0,336 0,315 0,308 0,317 0,321 0,303 0,325 0,349 0,346 0,328

0,297 0,329 0,314 0,327 0,309 0,447 0,306 0,326 0,315 0,325 0,315 0,319 0,299 0,328 0,350 0,342 0,313

ESPAÑA

0,313

0,313

MEDIAS ESPAÑA DECEMBRO 2013 0,394 2014 0,344 2015 0,311 2016 0,313

PRODUCIÓN DECEMBRO 2015

2016

Galicia 219.709 tn 214.626 tn España 579.079 tn 568.433 tn Fonte: FEGA (02-02-2017)

400.000 litros ao ano deixa de ingresar 6.000 euros en comparación coa media española. O exercicio 2016 pechou con 8.517 explotacións leiteiras sobrevivindo en Galicia, cando en decembro de 2015 eran 9.132, polo que a perda nos doce meses foi de 615 granxas. Pola súa parte, a Consellería do Medio Rural fixo un chamamento á Interprofesional Láctea para traballar en conxunto cos propósitos de garantir a orixe do leite, mellorar a transparencia e gañar confianza entre a cidadanía ante unha nova caída do 5% no consumo de leite.

man, non de nova construción. E tampouco poderán beneficiarse persoas de calquera idade, senón os menores de 36 anos. As excepcións a este condicionante de idade son as familias numerosas ou persoas que teñan algún tipo de discapacidade acreditada. No conxunto de Galicia, a rebaixa fiscal chega a preto de 3.500 parroquias, todas as consideradas zonas pouco poboadas polo Instituto Galego de Estatística, que representan o 94 % de todo o territorio galego.


Crónicas - Febreiro 2017

17

ECONOMÍA E TRABALLO TÉXTIL As traballadoras botan abaixo o comité negociador visto como afín á empresa

COMERCIO

Suma e segue no téxtil: un cento de empregos menos cos EREs de Deus

Boa acollida da cuarta Feira de Oportunidades de Ordes

“Adaptar a plantilla laboral á situación actual de carga de traballo”. É a xustificación que presenta o grupo de empresas Deus para presentar expedientes de regulación de emprego (ERE), que motiva na confluencia de causas “económicas, organizativas e de produción”. Trátase das maiores firmas que sobrevivían en Ordes á crise do sector téxtil. Os responsables empresariais enunciaron a vontade de “viabilidade e a continuidade”. Os EREs, segundo fontes do persoal, están relacionados coa perda de encargos de Inditex, o que pon a medio gas a actividade do grupo ordense. O persoal, case todas mulleres, coñeceu as intencións mediante avisos nos vestiarios. Non obstante, aos poucos días recibiron máis detalles. Aínda que hai cifras contradictorias, barállase que Deus Creaciones SL quere extinguir 41 contratos e reducir a xornada de 26, ShivShi SL extingue 45 e reduce horario en 25, e Confecciones Deus SL extingue 21 e mingua a xornada doutros 21. En to-

Instalacións de Deus en Merelle

tal, serían 107 despedimentos e 71 reducións de xornada. Iso si, polo de agora as negociacións están comezando, así que non se concretaron aínda as condicións. De todas as maneiras, si está designada unha representación das traballadoras para negociar. O proceso xa deparou unha primeira batalla interna. As traballadoras lograron sacar adiante a súa proposta, botando abaixo o comité con-

siderado afín á dirección. “Xa tiñan asinado un comité falso, pero nós conseguimos abrir unha asemblea para votacións e darlles nos narices a eles para que vexan que si hai compañeirismo, pois todas imos sufrir o mesmo antes ou despois”, asegura a Crónicas unha das empregadas.

A feira tivo lugar na Praza de Abastos

PLAN DE EMPREGO Ante este novo golpe para o téxtil de Ordes, só unhas semanas despois do peche de Viriato, o BNG pediu no Parlamento de Galicia que a Xunta poña en marcha un plan de reactivación do emprego para todas as persoas afectadas en tan pouco tempo, que se estiman, no conxunto do sector no municipio, nunhas 300. Pablo Vidal, portavoz nacionalista, asegura que o “desmantelamento dun dos principais motores históricos do emprego en Ordes” prexudicará tamén o comercio, a hostalería e os servizos. Para evitalo, considera “vital” que a Xunta ofreza canto antes medidas que faciliten a inserción laboral.

A cuarta Feira de Oportunidades, que se celebrou en Ordes entre o 10 e o 12 de febreiro, atraeu varios centos de persoas á Praza de Abastos. Quince establecementos da zona participaron nesta cita comercial, na que se ofreceron sobre todo produtos de remate de tempada a prezos máis reducidos do habitual, pero tamén algunhas novidades do mercado con ofertas interesantes. Nos postos abundou a moda e o calzado, como é habitual, pero tamén se ofertaron produtos de deporte, perfumaría, bixutería, decoración ou equipamentos infantís.

ENTROIDO FRADES CONCURSO DE DISFRACES

Domingo 26 de febreiro, ás 17:00 h. Pavillón Municipal de Ponte Carreira

E O LUNS 27 DE FEBREIRO Obradoiros de máscaras e disfraces Multiúsos, de 16:00 a 19:00 h. DE BALDE

PARA PARTICIPAR NO CONCURSO HAI QUE ANOTARSE NO CONCELLO ANTES DO 24 DE FEBREIRO, ÁS 14:00 H. O DÍA DO CONCURSO NON SE INSCRIBIRÁ. Os dorsais recolleranse a partir das 16:30 horas o día do concurso. As persoas participantes que queiran unha música concreta para a súa actuación deberán achegala ao Concello antes de que remate o prazo de inscrición.

PREMIOS E CATEGORÍAS: Infantil individual (1 ou 2 membros ata 14 anos): 1º Premio: 60€ / 2º Premio: 30 € Grupo infantil (máis de 2 membros ata 14 anos): 1º Premio: 100€ / 2º Premio: 50 € (se algún compoñente do grupo ten máis de 14 anos, pasarán a competir como Grupo Adulto) Adultos individual (1 ou 2 membros maior de 14 anos): 1º Premio: 100€ / 2º Premio: 50 € Grupo adulto (máis de 2 membros maiores de 14 anos): 1º Premio: 300€ / 2º Premio: 150 € PREMIOS ESPECIAIS: Ao mellor disfrace individual ou de grupo de Frades (sempre que non fora premiado noutra categoría): 1º Premio: 120€ / 2 Premio: 60€

CHOCOLATADA INCHABLES MASCOTAS

OBRADOIROS

ANIMACIÓN PALOMITEIRO ALGODÓN DE AZUCRE Organiza: CONCELLO DE FRADES Colabora: ANPA O Fopo do CPI Ponte Carreira


18

Crónicas - Febreiro 2017

xente dE aquí COMARCA Acto de homenaxe con máis dun centenar de persoas en Santiago

ORDES

A memoria dos ‘fusilados de Ordes’ segue viva oitenta anos despois

A ANPA do Mesón do Vento celebra a súa Festa Choqueira o 26 de febreiro en Josfer

Oitenta anos despois do seu asasinato, a memoria dos ‘fusilados de Ordes’ segue viva. Foi reivindicada nun acto de homenaxe en Santiago, convocado polo colectivo de familiares e amigos das doce vítimas e pola Asociación Cultural Obradoiro da Historia. Asistiu máis dun centenar de persoas. A xornada iniciouse no antigo cárcere de Santiago, situado nos baixos do Pazo de Raxoi, onde estiveron encadeados antes do fusilamento. Seguiu ante o monumento na súa lembranza no paredón do cemiterio de Boisaca, onde o historiador Uxío Breogán Diéguez repasou os feitos, defendeu a inocencia das vítimas e avogou por seguir recuperando a memoria. Logo, Julio del Río Rodríguez deu lectura a unha carta escrita desde o cárcere, tras ser condenado a morte, polo seu pai, Manuel del Río Pampín. Leandro del Río Regos, neto de Manuel del Río Mandayo, paseado, leu o relato do camiño do Cárcere a Boisaca, extraído do libro Os que

A Asociación de Nais e Pais do Colexio do Mesón do Vento celebra a segunda edición da súa Festa Choqueira Infantil o domingo 26 de febreiro. Será na sala de festas Josfer a partir das 16:30 horas. A recadación destinarase a financiar as actividades do alumnado. As entradas teñen un prezo de tres euros para adultos e dous euros para nenos e nenas. Concebida como unha festa para toda a familia, orientada especialmente aos pequenos, ofrecerán agasallos para todos os cativos, xogos, sorteos e diversións.

CERCEDA A homenaxe desenvolveuse ante o monumento ás vítimas no cemiterio de Boisaca

Cosmética natural

non morreron, de Xerardo Díaz, tamén preso. Interviu tamén o responsable de Obradoiro da Historia, Manuel Pazos, despois de ler un comunicado de Marta Clara Regos Moure, sobriña dun fusilado.

O Concello de Cerceda ten aberta a inscrición para un curso de cosmética natural. Será todos os mércores de marzo e o 5 de abril no centro cívico. Hai 15 prazas e custa 15 euros por persoa.

Unha ofrenda floral con rosas vermellas ante o monumento ao son de Negra sombra a cargo da violinista Ania Mainska, máis a interpretación do himno galego ao son da gaita, completaron o evento.

COMARCA

ORDES

A prevención de consumo de drogas chega a 1.300 alumnos

Charla da AECC en Ordes sobre a atención ao cancro de pulmón

As principais actividades son as charlas e obradoiros nas aulas de ensino

Decenas de persoas acudiron á charla no auditorio da Casa da Cultura

As actividades do servizo de prevención de drogodependencias da Mancomunidade de Ordes chegaron a máis de 1.300 estudantes da comarca na última tempada. O programa ten nas charlas e obradoiros nos centros unha das

A xunta local da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) ofreceu en Ordes unha charla sobre a mellora da atención ao cancro de pulmón. A actividade desenvolveuse no auditorio da Casa da Cultura ante numeroso público. Interviron

súas principais iniciativas. Os escolares reciben información sobre as situacións de risco que pode xerar o consumo de drogas e asumen valores e condutas positivas encamiñadas á prevención. Tamén se imparten contidos sobre alimentación e nutrición saudable.

Francisco Javier Barón, especialista en oncoloxía médica do complexo hospitalario de Santiago, e Marcos Calvo, psicólogo da AECC en Santiago de Compostela. A concelleria Ana Soneira encargouse da representación municipal nesta sesión.


Crónicas - Febreiro 2017

19

xente dE aquí ENTREVISTA Iván R. Paderne, cantante e guitarrista da banda ordense Superoito, que ultima un novo traballo

“O noso novo disco vai ser moito máis cru e potente que os anteriores” Quilómetros e quilómetros de xira musical fan que os Superoito pasasen de ser amigos a case unha familia. Son Iván R. Paderne (cantante e guitarrista), Xabi Sóñora (baixista solista e coros) e Glenn G. Carbajal (batería). - Para cando o novo disco? - En principio para antes do verán pero aínda non podemos falar de datas en concreto. Levamos tres ou catro meses montando varias cancións novas e quedando moito os tres para tocar e a verdade é que nos están molando moito pero non queremos meternos présa. Aínda que saiamos a facer concertos de vez en cando, estamos nun momento de traballar de portas para dentro. Fixemos tres xiras e case douscentos concertos en tres anos ou pouco máis e necesitabamos isto. Parar, desconectar e traballar entre nós. Pronto volveremos ao ritmo de antes pero aínda falta para chegar ao nivel no que queremos estar. - Despois do ‘Non sabes bailar’, ‘Todo me dá voltas’, ‘Portarnos mal’ e ‘En Directo’ podedes adiantar o nome do novo disco ou mantedes o misterio? - Aínda non. Pronto imos enseñar moitos cambios que estamos preparando a fondo tanto a nivel musical como de imaxe e directo pero aínda non é o momento... pouco a pouco iremos enseñando cousas que nos emocionan de verdade. - Que supón para a vosa traxectoria este novo traballo? - Creo que estamos nun dos momentos más importantes para a banda desde que empezamos. Os últimos meses foron moi malos para os tres a nivel persoal e pasáronnos moitas cousas que nos impedían ter a cabeza metida completamente na música e saír a tocar todas as findes. Agora estamos mellor e iso nótase porque saen cancións mellores e estamos máis unidos e ilusionados que nunca. Só nos esiximos facer un bo disco, que sexa un cambio grande para mellor e que nos ilusione presentalo en directo na seguinte xira. - O ano pasado destes un paso máis coa vosa cuarta xira, tocando en moitísimos festivais cada vez máis grandes (lembramos o Festival da Luz

Os integrantes de Superoito desenvolveron nas últimas tempadas intensas xiras que os afianzan como unha gran banda musical

con milleiros de persoas entre o público) e con moitos máis seguidores. É a consolidación definitiva ou aínda vos vedes inseguros? - Á hora de tocar non estamos inseguros porque detrás de cada canción e de cada concerto hai moitas horas de sacrificio, de probas e de erros pero tampouco nos cremos consolidados en nada. Vemos isto como un proxecto a longo prazo e de momento só queremos centrarnos na música e nas cancións. Temos moitas cousas que molan pero moitas outras nas que aprender e seguir mellorando. - A banda fai catro anos este 2017, algo que non todas poden dicir. Como vos aturades? - Temos a sorte de complementarnos moi ben a pesar de que os tres somos moi diferentes. Nese aspecto seguimos sendo unha piña que só funciona cando funcionamos todos e para nós é importantísimo estar unidos nos bos e nos malos momentos. Levamos tantos concertos xuntos e tantos quilómetros de furgoneta que de amigos xa pasamos a vernos como unha familia. - Falando de música estrictamente, o novo disco presenta algún cambio de estilo, de actualización de ritmos, de repensamento dos referentes das letras...? - É un disco moito máis cru e potente. En anteriores discos fixemos moita promo e buscabamos letras simples e que funcionaran os estribillos. Para as novas cancións deixamos com-

pletamente de lado a popularidade dos estribillos... interésanos un pouco menos que as cancións sexan simpáticas e máis que soen ben, sobre todo en directo. Queremos dar un paso máis coas guitarras e as baterías e que sexa un bo disco en conxunto, sen cancións de recheo nin perdas de enerxía. Dar prioridade ao disco como conxunto antes que a dous ou tres singles ou a calquera parafernalia que non sexa a esencia de todo isto: as cancións. - Como se presentan os próximos meses? - Imos tocar moito. Temos a toda a xente que traballa con nós, tanto a Bea Camiña (a nosa mánager) e a Antía Pimentel (a nosa guía espiritual) axudándonos con todo o relativo a concertos e contratacións, deixándonos soamente a responsabilidade de tocar e iso axuda moito. Nas próximas semanas imos saír por España adiante a facer seis ou sete concertos en cidades puntuais a modo de capricho persoal pero sen máis pretensións que a de divertirnos. Tamén faremos mogollón de concertos por aquí pero algo máis cara o verán seguramente. - Tedes algunha banda ou referente que nos poidades destacar? - Hai moitísimas de dios para resumirse a dúas ou tres. Especialmente galegas, que aínda que as condicións son pouco favorables para bandas de música hai un lote delas petando salas e festivais continuamente. Dar nomes

sería pouco xusto para as que quedaran fóra pero só hai que animarse a ir a salas e descubrilas! - Unha mensaxe para bandas que estean empezando e vos teñan como referencia? - Que teñan paciencia. En todo. Nos concertos de calquera banda só se ve a parte que mola pero iso só é o resultado dun lote de horas de ensaios, de días malos, de salas baleiras, de equivocacións propias e de cousas que saen mal. Hai que ser constantes e aprender de todo porque a música sempre compensa todo. E que non nos teñan como referentes de nada, que nós só somos unha banda máis que sae a divertirse en cada concerto. As bandas referencia de verdade teñen canas, fillos e siguen saíndo á estrada cada fin de semana para tocar sen importarlles a venda de entradas ou a popularidade. - Algo que dicir a quen nos lea para despedirse? - Que consuman e disfruten da música galega independentemente do estilo, en festivais e sobre todo en salas para que non sigan pechando as poucas que quedan, que hai moitas propostas que molan e que non se sustentan sen público que as apoie. E dar as gracias a xente coma vós por darnos a oportunidade de contar cousas novas e a quenes nos escoitan en cada concerto ou cada radio por facer que todo isto de gravar discos e facer concertos teña sentido ao final de todo. Vémonos pronto!


20

Crónicas - Febreiro 2017

xente dE aquí COMARCA

MÚSICA Venres 3 e sábado 4 de marzo na Sala O Túnel do Coliseum da Coruña

Convocado o concurso escolar con audios e vídeos sobre versos de Rosalía de Castro

Chega o 981United, o festival que fai de escaparate para bandas coruñesas

O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes convocou o concurso ‘Rosalía verso a verso’, dirixido a toda a poboación estudantil da comarca. Vaise desenvolver a través dun evento creado no Facebook da Mancomunidade entre este 24 de febreiro, conmemorativo da data de nacemento da escritora, e o 9 de marzo. Para participar, hai que colgar no evento da rede social audios ou vídeos realizados sobre a base de versos de Rosalía de Castro, escollidos e recitados polos propios estudantes. O centro educativo con maior número de participantes neste evento recibirá como premio un lote de libros. Entre todos os participantes, sortearase outro. A convocatoria pretende estimular na xente máis nova actitudes favorables que se traduzan nun uso xeneralizado do galego, á par que se difunde e dá a coñecer a obra de Rosalía.

O venres 3 e o sábado 4 de marzo celébrase na Coruña unha nova edición do festival 981United, dedicado a fomentar a música e a potenciar as bandas locais da provincia coruñesa. É unha iniciativa de coruñeses moi implicados co movemento musical da súa cidade e a área de influencia desde hai xa moitos anos. O festival, sempre en alza, supón unha gran oportunidade para que as agrupacións locais compartan escenario con artistas de talla internacional e a maiores consigan promocionaro seu nome e sobre todo a súa música por todo o mundo, grazas á repercusión mediática do evento. Este ano, como novidade, o 981United colabora co festival ‘Otero Brutal Fest’, de xeito que unha banda que participe no festival coruñés tocará no Otero. Os nomes confirmados para este 981United son Strength Approach (Roma, Italia), Hills Have Eyes (Setúbal, Portugal), Alea Jacta Est (Toulouse, Francia), Hyde Abbey (Barcelona), Sound Of Silence (Asturias),

Golpe Radikal, da Pobra do Caramiñal, un dos grupos que participa no 981United

Cannibal Grandpa (Madrid), Golpe Radikal (A Pobra do Caramiñal), Innerself (A Coruña), Arsian (A Coruña), Black Coffee (A Coruña), Just (A Coruña) e Hour-Glass (A Coruña). O festival terá lugar na sala O Túnel, do Coliseum coruñés. As entra-

das véndense nos despachos do propio recinto nos días do festival, nas taquillas da Praza de Ourense e en ticketea, a 16 euros un día e a 20 euros o bono para os dous días, máis gastos de xestión. E tras os concertos, cita no Black Widow Coruña.


Crónicas - Febreiro 2017

21

DEPORTES CAMPO A TRAVÉS Obtiveron o primeiro posto da categoría na fase interzonal

O equipo alevín feminino do CEIP Castelao, a por todas no provincial O equipo alevín feminino do Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, de Ordes, clasificouse para o Campionato Provincial de Campo a Través despois de disputar a fase interzonal no circuíto da Alameda de Santiago de Compostela. Co primeiro posto obtido na proba en Santiago, agora aspiran a un bo resultado no provincial, que se disputará na Pobra do Caramiñal. A nivel individual, os alumnos e alumnas do Castelao tamén destacaron. Nadia González foi terceira na categoría alevín e Samuel Fariñas acadou a cuarta posición en infantil masculino. En xeral, os dez integrantes do colexio ordense que acudiron ao interzonal efectuaron un bo papel. Tamén son moi reseñables os resultados do Club Atlética A Silva, de Cerceda. Primeiros postos para Juan Loureiro en benxamín masculino e para Gloria Iglesias en alevín feminino, mentres que en infantil masculino Daniel Loureiro logrou a sexta praza.

TAEKWONDO

Campionatos galegos para Castro e para Diéguez Dous deportistas locais triunfaron no recente Campionato Galego de Taekwondo na categoría cadete, dentro dos seus respectivos pesos. Son Manuel Castro Rodríguez e Carla Diéguez Veiras, que con estes resultados aseguráronse a súa participación no Campionato de España en categoría cadete, como integrantes da selección galega. Na proba autonómica, que se disputou na localidade de Guitiriz (Lugo), Eliana Suárez Mosquera conseguiu o subcampionato galego e a súa compañeira Andrea Caneda Pájaro fíxose coa medalla de bronce. No que respecta á clasificación xeral por equipos da proba galega, o club ao que pertencen estes deportistas, o BoudSport, acadou a cuarta posición.

Lara López Fernández e María Pena Ferreiro, do Club Atlética A Silva, durante a súa participación do Campionato Galego de Atletismo en Pista Cuberta.

Alumnos e alumnas do Castelao, na fase interzonal de campo a través en Santiago

Estas probas forman parte do programa Xogade, de deporte escolar, que organiza a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, coa colaboración de diversos organismos e entidades.

PISTA CUBERTA Por outra parte, dúas integrantes do Club Atlética A Silva obtiveron moi bos resultados tamén coa súa participación no Campionato Galego de Atletismo en Pista Cuberta, dispu-

tado no Pazo dos Deportes de Riazor, na cidade da Coruña. Trátase por unha parte de Lara López Fernández, que se fixo co terceiro posto, e por tanto medalla de bronce, en 300 metros lisos, ademais de ser sexta en 50 metros lisos. E por outra parte, María Pena Ferreiro foi a undécima clasificada en salto de altura e decimocuarta no lanzamento de peso.

TAEKWONDO

O primeiro encontro da Liga FITE Galicia 2017 desenvolveuse no pavillón de Sigüeiro O pavillón Juanito Amigo Ferreiro de Sigüeiro (Oroso) acolleu hai uns días o primeiro encontro da Liga FITE Galicia 2017, que organizan o Club Taekwon-do ITF Oroso, o Club ITF Noia e o Club Cee Deportes de Contacto, en colaboración co Concello de Oroso. Este foi o primeiro encontro dos tres que compoñen a Liga FITE Galicia deste ano. Os seguintes terán lugar en Cee, programado para o 18 de marzo, e en Noia, que o 22 de abril acollerá a final da competición.

FÚTBOL SALA

Comezou a disputarse a liga local de Tordoia Desde o luns 13 de febreiro está en xogo a liga local de fútbol sala de Tordoia, organizada polo Concello. Para máis información sobre esta competición, pódese chamar ao 650 543 642 ou ao 659 478 058.


22

Crónicas - Febreiro 2017

OPiNiÓN Nos últimos anos escoitamos con frecuencia, tanto na rúa como nos distintos medios de comunicación, falar dun “problema”, con distintos puntos de vista: Os famosos deberes da escola. Tarefas para a casa para os cativos en idade escolar, ¿si ou non? Eu creo que, chegados a este punto, teriamos que analizar as dúas partes en discordia; ou mellor dito as tres: o profesorado, os pais e os alumnos. Antes os mestres érano por vocación. Agora moitos (por desgraza) son mestres simplemente para acadar o soño de ser funcionario. Os mestres de vocación, como deberían ser todos, preocúpanse e ocúpanse de ensinar, non se limitan a dicirlles aos rapaces que estuden certas páxinas, sen dar moitas explicacións e sen que lles dean a eles moito traballo. Temos neste campo grandes profesionais que viven o seu traballo e loitan por ensinarlles aos alumnos os valores que van ir precisando ao longo da vida que están empezando a percorrer, esforzándose por espertar a atención dos nenos e lograr que eles, sen decatarse, se involucren en todo o que os mestres lles vaian ensinando, facendo que teñan unha motivación e que cada día queiran aprender máis. Por outro lado, temos ao mestre que di: “non queren facer nada así que eu xa os deixo”. Con esa actitude o que fan é provocar que non esperte na mente dos cativos a ansia de saber e de querer coñecer cada día algo novo. O ensino debería fomentar tamén a ilusión por aprender e a tarefa dos mestres é conectar cos rapaces para que presten atención e lles interese o que está a explicar.

Os deberes da escola Por Estrella Vázquez Varela Por iso, moitas veces os mestres inician un tema que logo os cativos teñen que desenvolver e repasar para que todo iso quede moi gravado na súa mente e poidan usalo en calquera momento, e poder ser quen de ampliar e explicar o que os mestres lles expuxeron de maneira que eses coñecementos en determinadas materias lles sirvan para resolver problemas futuros. Por outra banda, están os pais, que cada vez son máis permisivos e faltos de autoridade perante os propios fillos, e aos que moitas veces lles falta involucrarse na vida cotiá do neno. Moitos teñen a crenza de que só son os mestres os quen teñen que ensinalos, e non se decatan de que a parte dos pais é fundamental. Estou segura de que se lles preguntamos a moitos pais en que curso está o seu fillo, o teñen que pensar porque non o lembran, e moito menos que é o que están estudando nese momento. Nos fogares de agora todo o mundo ten présa. Os pais traballan, ao mellor os cativos están ao coidado dos avós, e á noite todo o mundo está canso para poder dedicarlle un pouco de tempo a estudar con eles. Pero moitas veces abonda con facerlles ver que nos preocupamos polo que fan no cole, para que se poñan a traballar. Tampouco leva tanto tempo mirarlles os cadernos e ver o que fixeron cada día. Iso tería que ser unha rutina, como que as mamás tomen o

café coas amigas ou os papás os viños ao rematar de traballar. Diso non nos esquecemos, pero deixar todos os días un cachiño de tempo para os nosos fillos esquecémolo con demasiada frecuencia. Eu lembro que, cando era pequena, ao chegar da escola miña nai tíñame o bocadillo preparado. Logo unhas horas de lecer, pero despois sempre chegaba a hora de facer os deberes que os mestres nos puxeran para o día seguinte. Logo ela, ao rematar o seu traballo, botáballe un ollo aos cadernos todos os días, axudándome coas miñas dúbidas ou tomábame a lección que me puxeran para estudar. Cando me tocou a min axudar aos meus fillos nas súas tarefas, saquei tempo de onde puiden para axudarlles e novamente fixen miña esa rutina de revisar e repasar con eles esas tarefas que traían cada día, procurando axudar, entender e razoar con eles esas pequenas cuestións que sempre parecen moi difíciles cando un está empezando a descubrir tantas materias. Eu nunca deixei de ter tempo para xogar e divertirme por culpa das tarefas que me poñían os mestres, e coido que os meus fillos tampouco. Por iso non podo entender que agora todo sexan trabas para que os rapaces leven deberes para a casa. Ou será que queremos que vaian a moitas actividades extraescolares ou que xoguen na rúa para que os papás e as mamás teñan

tempo para outras cousas? Ás veces vemos que os cativos van a tantas actividades que mesmo os pais andan cunha axenda para lembrar todo o que teñen que facer. Xa os empezamos a estresar dende pequenos, pero non por facer moitas cousas á vez van ser máis intelixentes. Eu creo que tanto os pais como os mestres teñen que buscar o equilibrio. Os nenos teñen que estudar, teñen que facer deporte ou calquera outra actividade que a eles lles guste e teñen que ter tempo para xogar, e é tarefa de todos coordinar os tempos, sempre con criterio e intentando non ceder as “chantaxes” dos cativos nese reparto de tarefas. Non vale tampouco querer adaptar todo este abano de actividades ás necesidades dos maiores, porque así só conseguimos que os rapaces non estean cómodos nin motivados para facer todas esas cousas con ilusión. Oxalá que o tempo faga reconducir este grave problema no ensino, e cada unha das partes implicadas sexa coherente e consciente das tarefas que teñen entre mans. Educar para o futuro, esta responsabilidade non a debería esquecer ninguén, porque as vindeiras xeracións dependen de todos nós, e con botar culpas uns aos outros non arranxamos o asunto. Logo queixámonos de que os cativos chegan con pouca base aos cursos superiores e sen disciplina de estudo. Pois por unha vez deixemos os intereses particulares a un lado e fagamos entre todas as partes implicadas unha fronte común na defensa e na calidade do ensino. O futuro depende de todos nós.

Os paxariños da Alameda Non saben moi ben as gaivotas se o cambio climático tan repentino ten causas que a ciencia pode obxetivar, cuantificar, ou procede máis ben do paranormal. Bo lles é que teñen as plumas ben pegadas ao corpo, así que contan con ir salvándoas case todas no que quede de inverno, sen grandes percances físicos pero co sistema anímico moi alterado e os captadores hertzianos a tope, no límite da implosión.

Nesa materia, o ornitólogo decano, que xa coñecía os cucos porque criou algúns e ten rexistros do seu xenoma, discrepa cos estudos máis comúns. El ben sabe que a especie gaivota, cando se pon selectiva, non só desbota as postas alleas, senón que as deglute con máis voracidade que un raposo esfameado nun galiñeiro. De aí que os seus cálculos se fagan sempre a maior prazo. É raro que falle, e a ecuación sae negativa.

No niño, pese a que non se contaba con este frío pasaxeiro, hai máis orde e calma da que parece. Xa está feito o censo de fidelidades e infidelidades (das conxugais non, que aí non se entra, aínda que as haxa) e tamén se deseñou o cordón sanitario, que incorpora incluso un antídoto de retorno por se fixese falta. E ante todo interesan os cálculos de futuro.

Negativa para a súa bandada, claro. Así foi que cando lles expuxo as perspectivas, mentres que unha parte da fauna tiña os gin tonics aínda frescos, atopouse coa sorpresa. Si, acreditaban o que lles contaba. Pero por iso mesmo viron urxente intervir. A táctica é a de sempre, que por certo só unha vez funcionou, e daquela maneira: queimar a terra, facela estéril.

O vetusto científico xa deu pistas dos seus novos estudos e deixounos a todos abraiados. Non descarta un reingreso na academia, o que cambiaría moitas liñas de traballo e faría saltar varias propostas de gasto dun caixón a outro. Non é probable porque xa ten as ás moi gastadas de tanto voar e todos perciben que o máis seguro é que se esnafre contra o chan, que é de granito. E coidadiño cos coñecementos sumatorios do xurista asociado, que non deron unha. Cando lle foron pedir explicacións polo bochorno, houbo unha contraproposta tan imaxinativa que só queda rir. En efecto, hai quen chegou a sorrir, pero na banda dos gin tonics, outrora tan decorosa, viron a ocasión de aforrar uns diñeiros. Tan mala é a

defensa disfrutada ata agora? Tanta é a desesperación? Tan convincente foi a inxeniosa proposta? Tanto se teme a ameaza velada ao vela por escrito? Vai ser outro caso de estúpida colateralidade, esta vez coa descendencia de por medio? Moitos penalties fallados, meu corvo. E as aves rusas, a que andan? Botando contas, son xa dez anos de voos cada vez menos enérxicos, con bandadas menos numerosas, con despregues adversos, con plumas de prestado. É a historia repetida. Mencheviques que xogan a ser bolcheviques para defender o pecunio, pero sen gastar no disfrace. Exclusión segura no vindeiro entroido. Moi tristemente merecida, tamén coa súa colateralidade, neste caso nin decorosa nin racional. Ben se lles ve como se despluman sós cando lles sacan as contas dos impolutos urogalos... Non hai dor!


Crónicas - Febreiro 2017

23

OPINIÓN

¿Qué va a pasar con el pueblo de Ordes? Por María Esther Couto Rivas Inicio este artículo con el propósito de que su contenido no sea político. Vamos allá: Dados los acontecimientos ocurridos estas últimas semanas por tierras ordenses cabe preguntarnos qué va a pasar con el pueblo de Ordes. La respuesta que inmediatamente me viene a la mente es: “preguntemos al gobierno municipal”. Y aquí comienza el problema pues ante tal planteamiento mi ser político surge y, sin poderme controlar, entre signos de interrogación y asombro, pues la realidad es que en esta vida todo es política, me pregunto qué gobierno municipal. Lo siento, tengo que entrar plenamente en un contenido político y continuar con un artículo dedicado no al gobierno municipal de Ordes (que está en busca y captura) sino a la corporación municipal, a aquella que surgió de las urnas hace dos años y obtuvo la confianza de los ordenses, con esa

confianza iba unida la responsabilidad política de sacar adelante la legislatura. Comenzaron, recuerden el jaleo, con la labor de formar gobierno municipal, ¡la que se armó!. Pero el BNG dio su apoyo al PP y pasados dos años llegamos a la situación actual, a la vista de la cual se debería reflexionar y valorar el resultado de dicho apoyo. La situación actual requiere no solo esa reflexión y valoración por toda la Corporación sino también considerar que el objetivo por el que están ahí es el PUEBLO DE ORDES. No voy a dedicar ni un segundo en escribir sobre el paso de dos concejales de gobierno del PP al grupo mixto, creo que esa labor es del señor alcalde que, por cargo y deferencia vecinal, debería explicar al pueblo el porqué de su nuevo gobierno. Pero ya ven ustedes que no ha estado a la altura de los acontecimientos, sí es cierto que se nos dijo que nos con-

sideraban a los ordenses como una familia, se lo agradecemos pero parte de la sociedad de Ordes no nos consideramos su familia, ahora bien, si hablaban para sus votantes les diré que en todas las familias hay hijos descarriados. Señora Corporación Municipal de Ordes, atentamente la saludo y con mi respeto les digo que aunque el pueblo de Ordes no se caracteriza por salir a la calle a hacer manifestaciones públicas, pues el miedo aún flota en este aire viciado por Sogama, a pesar de ello existe una palpable y latente preocupación económica: la situación de la empresa de la familia Deus, el cierre a últimos de mes de febrero de lo que queda de la fábrica de Viriato, las pérdidas de puestos de trabajo, el desmantelamiento del tejido industrial textil, a lo que se une el cierre de explotaciones ganaderas, la situación del comercio y de la hostelería.

Señor Alcalde, su partido gobierna en Ordes, en la Xunta, en Madrid... ¿dónde está su influencia y gestión para resucitar el tejido industrial de Ordes? Señores Concejales de la Corporación: la cuestión no está en el salario del Alcalde sino en el salario de todos los vecinos de Ordes. Con todo mi respeto les pregunto: qué va a pasar con el pueblo de Ordes. Pues ante la debilidad del gobierno municipal es en la sede de esa corporación municipal donde está la respuesta, o dicho de otra forma, en sus manos estamos. Y por favor, centremos el debate en lo sustancial: la situación económica, y dejemos lo accesorio, olvidémonos de proposiciones y de preguntas que no recogen la preocupación de los vecinos. Aquí dejo la pregunta, el pueblo de Ordes espera urgentemente su respuesta. Atentamente suya, una vecina.

Os motíns de Tordoia e Cerzeda contra o SNT Por Carlos Calvo Varela Em 1937, em plena guerra civil, o bando fascista organiza o Sindicato Nacional del Trigo (SNT) para abastecer as tropas, no curto prazo, e para monetarizar o agro, no meio e longo prazo. Na Galiza o SNT obrigava as casas labregas a vender obrigatoriamente a sua produção cerealística ao Estado franquista, ao preço que este fixava, empobrecendo as famílias que viam como, manu militari, lhe roubavam o fruto do seu trabalho. Mas, longe do estereótipo da campesinhada resignada, o povo defendeu-se com uma audácia que até há pouco a historiografia não reconhecia como “política”. A historiadora Ana Cabana dá conta de dous motins contra os abusos do SNT que se produzirom na comarca de Ordes. O primeiro foi em Tordoia, em 1943, quando os labregos de cindo paróquias (Gorgulhos, Castenda, Numide e Leobalde), com a colaboração dos seus alcaldes pedâneos, decidírom recuperar o seu milho e

trigo confiscado pola percentagem forçosa, que as autoridades franquistas guardavam no armazém local do SNT. “A turba concentrou-se nas imediações do armazém e provocou graves incidentes –incluindo uma ameaça ao cobrador do SNT da zona- até atingir o seu objetivo, incautar-se do grão. As autoridades não conseguiram deter a vizinhança, a pesar das continuadas ameaças de severas sanções em caso de que não reintegrassem as quantidades de cereal confiscadas ou devolvessem o seu importe”. A Chefatura do SNT provincial solicitou ao Governador Civil uma forte sanção às paróquias de Tordoia, “pues de otra manera sentarían un precedente que seguirán otros ayuntamientos con el consiguiente perjuicio (…) y la anarquía que supondrá la falta de autoridade”. A Comissaria de Abastecimentos, por sua parte, exigia repressão, pois “de repetirse tales anomalías, además de mermar el prestigio de esta Comisaría, predis-

ponen el ánimo del paisano carente de cultura suficiente para hacerse cargo de ciertas equivocaciones”. Pouco medo surtiram as ameaças pois, no ano seguinte, o alcalde foi incapaz de informar sobre o grão disponível em Tordoia, já que as famílias se negárom a declará-lo, boicotando a sua expropiação. Nesse mesmo 1944, a insubmissão estende-se a Cerzeda. Um total de 169 pessoas de Cerzeda, Gesteda, Meirama, Queixas, Rodis e Encrovas boicotavam a entrega do cupo do milho que pretendiam impor-lhes. O cobrador do SNT para a comarca de Ordes excusava-se perante os seus superiores dizendo que figera “todo lo que estaba en mi mano”, acudindo em várias ocasiões, mas apenas lhe entregaram uma quantidade de milho ridícula. O seu chefe provincial advertia: “además de suponer una merma en las disponibilidades de cereales con destino a la panificación con el consecuente perjuicio del abasteci-

Foto dum panfleto do guerrilheiro Francisco Martínez Leira ‘Pancho’. “A paus y-a- tiros contra os larpeiros falanxistas. ¡Fora os cupos e tasas! ¡Morra Franco culpabre d’a ruina dos labradores”

miento, si no se corrige servirá para que en la próxima cosecha no se entregue ningún cereal, no solo estos mismos agricultores sino el resto de los del ayuntamiento y circundantes”. Plena após-guerra, num ressaca de morte e repressão brutal, e com a comarca ainda declarada zona de guerra por mor da resistência armada, a população labrega era capaz de insubordinar-se e fazer-lhe temer ao Estado o contágio da dessobediência. Uma das mulheres que encabeçara o motim volveu liderar, em 1962, a luita em defesa do monte comunal de Gesteda.


Crónicas

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Tameiga. Peche de edición: 17-02-2017. Depósito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com

OBITUARIO José Verea Montero [Cas, Os Ánxeles (Oroso), 10 de xuño de 1931 - Marín, 7 de febreiro de 2017]

Oroso despide o seu músico máis universal José Verea Montero “era, sen dúbida, o persoeiro vivo máis importante que tiña Oroso”. Así o califica unha das persoas que mellor coñecía a súa figura e que máis o admiraba, o investigador e historiador Manuel Pazos Gómez, que é ademais o principal biógrafo deste “músico universal”. Verea, que nacera en Cas, na parroquia dos Ánxeles, o 10 de xuño de 1931, faleceu o pasado 7 de febreiro no hospital de Pontevedra. Desde hai tempo residía en Marín, onde foi soterrado o día 8. A súa vasta cultura e formación musical pasaban un tanto inadvertidas por causa da humildade, un dos trazos de Verea que máis destaca Pazos, que considera que o músico tería sido merecedor de ser designado Fillo Predilecto do municipio. Compositor, profesor e director musical, foi un dos músicos máis polifacéticos de Galicia. No 1952 obtivo praza como músico na Armada, onde chegou a ser Comandante Director Músico antes de pasar á reserva. Verea efectúa os seus estudos musicais nos conservatorios de Santiago e da Coruña e no Real Conservatorio de Música de Madrid, no que remata os estudos de Harmonía e Composición en 1964. Foi director da banda de música da Zona Marítima do Cantábrico ata 1977 e director de música da Escola Naval Militar de Marín desde 1977 a 1990. Creou a Polifónica do Casino Mercantil e Industrial de Pontevedra, dirixiu o Coro dos Institutos de Pontevedra, o Coro dos Antigos Canto-

José Verea Montero, retratado en 2016, e recibindo o diploma de Dirección de Orquestra Sinfónica no ano 1968 (á dereita)

res dos Institutos de Pontevedra e a Sociedade Coral Polifónica desta cidade. Moi destacada foi tamén a súa faceta como profesor, impartindo clases simultaneamente nos conservatorios de música de Pontevedra, Santiago e Vilagarcía. Posuía o Diploma de Dirección de Orquestra Sinfónica e participou en incontables cursos dirixidos por prestixiosos profesores. Era o responsable da Cátedra de Análise, Harmonía e Composición do Conservatorio Superior de Música de Santiago. Froito do seu talento son as máis de 170 obras musicais que compuxo en diversos xéneros, tales como poe-

mas sinfónicos, misas, pasodobles ou marchas militares para bandas. Negro sobre branco deixa tamén o libro Cultura Musical. Evolución histórica de la música universal. MAR E TERRA O seu vínculo co mar era moi considerable. Na súa etapa de formación na Mariña, permaneceu dúas veces no buque escola Juan Sebastián Elcano da Armada Española. Nestas viaxes, era cabo primeiro de música da Armada, e na segunda tamén se ocupou da biblioteca da nave, coa que tivo ocasión de visitar os máis importantes portos do mundo. Non obstante, mantivo sempre un

forte nexo con Oroso. Formou parte da Banda de Música da Grabanxa nos anos 1948 e 1949. Nos últimos anos recibiu varias homenaxes municipais, quedando finalista na Gala da Cultura do ano pasado na categoría de ‘Recoñecemento especial á traxectoria no mundo da cultura, e tamén como participante na homenaxe á antiga banda de San Mamede e de Grabanxa. Unha delegación do Concello acudiu ata o velatorio de Verea. O alcalde, Manuel Mirás, expresou o pesar pola defunción e destacou que o músico “colaborou moito co Concello e levou o nome de Oroso por toda a xeografía española”.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.