Cronicas comarcadeordes n39 marzo2017

Page 1

Crónicas

Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 39 - Marzo de 2017

Preocupación polos plans de extracción de seixo na comarca Os proxectos que trata de desenvolver a empresa Erimsa para a extracción de seixo en varios puntos da comarca, situados nos munici-

pios de Frades, Mesía, Ordes e Oroso, están ocasionando controversia. O SLG amosou o seu rexeitamento ao considerar que se poñen en risco

unhas 200 explotacións agrogandeiras e medio milleiro de empregos directos. Unha das empresas afectadas, a Casa Grande de Xanceda,

fala de “inxustiza”. A mineira explotaría os terreos en aluguer para despois repoñelos, se ben hai temor a que perPáx. 2 dan produtividade.

Drama laboral en Deus

ORDES

A obra da estrada de Mercurín pode comezar en abril Páx. 4

DEPORTES

Ángeles Rodríguez, ouro mundial en xavelina Páx. 20

MESÍA-CERCEDA

Medio Ambiente ofrece obras de depuración e augas Páxs. 10-11

FRADES

Folga das traballadoras afectadas polos EREs e sen cobrar

Páx. 12

O Concello pide sumarse ao bus metropolitano Páx. 8

ORDES

UxO, non adscritos e PSOE limitan o poder do goberno

Cerceda e Mesía entran no plan de plásticos da Xunta

Páx. 2

Mecá

COMARCA

nica e Neum átic a

Páx. 7

COMARCA

Clausurados varios obradoiros de emprego na zona Páx. 14

Taller multimarca Amortiguadores Distribucións Mecánica en xeral Frenos e neumáticos Presupostos sen compromiso Revisións I.T.V. Diagnoses multimarca Cambios de aceite Aliñado de dirección Embragues Aire acondicionado

Fonte Estrei 28-30 Baixo, 3 15680 Ordes (A Coruña) talleresdepradoegranado@gmail.com / Telf: 981 68 85 73 / Móbil: 671 79 57 61 / Permanente: 696 42 27 94


Crónicas - Marzo 2017

2

Actualidade ORDES Primeiros acordos da corporación tras a ruptura do grupo de goberno

UxO retíralle poder e diñeiro ao PP A historia do espectáculo político escribiu un sonoro capítulo co primeiro pleno da corporación de Ordes tras a marcha de dous concelleiros do PP ao grupo de non adscritos. A sesión, forzada por UxO, foi extraordinaria, en todos os sentidos. Tanto que se trasladou á Casa da Cultura pola grande afluencia de público. O goberno do PP, agora en minoría con cinco dos dezasete concelleiros, viu como UxO, os non adscritos e o PSOE lle recortaron parcelas de poder e tamén o salario do alcalde. O debate chegou a ser bronco e fai prever poucas posibilidades de entendemento para o que queda de mandato.

OS PLENOS, AO VENRES O primeiro acordo consistiu en cambiar o día dos plenos ordinarios, que pasan ao derradeiro venres de cada mes ás 20:00 horas. Votaron a favor do cambio UxO, non adscritos e PSOE, fronte ao PP e o BNG. Máis que de datas, o debate deste punto semellou de política xeral, con acusacións cruzadas sobre o novo escenario creado. Practicamente as únicas achegas sobre a cuestión ofrecéronas o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, que cre que UxO trata de adecuar os plenos ao horario laboral do seu concelleiro Ramón Vázquez, e o portavoz do BNG, Pablo Vidal, que lembrou que a anterior periodicidade fixárase en outubro e por unanimidade. DE TRES A DEZ COMISIÓNS Co apoio dos exedís do PP máis

do PSOE, UxO, tamén viu prosperar a creación de novas comisións informativas, órganos nos que por exemplo se tratan os asuntos previos ao pleno. Pasan de tres a dez, aspecto que lle serviu ao alcalde para acusar a UxO e os seus socios tácitos de querer “facer caixa” e “pagar a determinados concelleiros co diñeiro dos tributos pagados polos veciños”. O rexedor lembrou que no goberno de Regos había catro comisións e non ve operativo o aumento, xa que a comisión xeral abrangue múltiples temas. Silvia Marín (UxO) rexeitou que o cambio se deba a intereses económicos e defendeu que coa súa proposta o Concello gaña en “eficacia e organización”. “Imos aumentar en participación porque desde a oposición imos ter que facer partre do traballo do goberno pola situación na que estamos agora”, expresou a portavoz de UxO. En termos parecidos expresáronse a non adscrita Beatriz Martínez e a entón concelleira do PSOE, Verónica Gómez. Polo Bloque, Vidal defendeu manter o que votaron en 2015 e non viu necesario tal incremento de comisións.

ÓRGANOS COLEXIADOS Outra parcela de poder que UxO lle arrebatou ao PP é a representación do Concello en órganos colexiados como os consellos escolares ou a Mancomunidade. Foron asumidos por integrantes de UxO, non adscritos e PSOE, se ben neste caso a concelleira socialista abstívose. O alcalde lera previamente pasaxes do pacto antitransfuguismo,

ao que o PSOE se obriga, explicando que pode considerarse tránsfuga a quen apoie para un cargo a concelleiros que abandonaron o seu partido. O goberno considera este acordo “desleal”. O alcalde revelou un informe xurídico da Deputación no que se nega que este tipo de designacións sexan competencia do pleno, senón máis ben da Alcaldía, e anunciou un recurso contencioso-administrativo . O secretario municipal asegurou que “respecta, pero non comparte” o informe do organismo provincial. Marín negou que fosen ser desleais e argumentou que a decisión favorece a “riqueza participativa”. Tamén Gómez, escollida para a Mancomunidade o día antes de dimitir, asegurou que non comprendía a “aversión” do executivo á decisión. Vidal replicou que “non é operativo que concelleiros da oposición representen o Concello porque non teñen a capacidade executiva e decisión dos do goberno”.

ASISTENCIAS E SOLDO A maior crispación chegou co establecemento das contías que os concelleiros cobran por asistir a comisións, xuntas de goberno e plenos. Antes estaban en 100, 125 e 200 euros, respectivamente, e agora quedan todas en 150, por unha proposta de UxO emendada polo PSOE. Tamén se rebaixou o salario do alcalde, de 41.000 a 39.000 euros brutos anuais. Neste caso, repetiuse un esquema similar de voto, agás a abstención do BNG e do alcalde. Martínez Sanjurjo acusou a UxO de practicar “política cainita” e asegura

Acusacións mutuas de tanteo de edís Durante o pleno, o PP e UxO acusáronse mutuamente de querer ‘comprar’ edís. O alcalde revelou que dous edís da formación de Regos estaban dispostos hai uns meses a apoiar o seu goberno, algo que Silvia Marín corroborou dicindo que “non hai moitas datas pedíronlle o currículo a algún concelleiro noso”. No ambiente, a operación oposta, a do apoio de edís do PP a UxO, coa mirada posta en Beatriz Martínez e Luis Caamaño. O alcalde aseverou que “ninguén me impón a forma de gobernar” e dixo que os seus excompañeiros “deberían ter marchado para a casa”. Martínez replicou que non deixaron o PP “por capricho”, senón por “un trato inmerecido e inxustificado”. Acusou ao rexedor de intentar buscar na Xunta permisos para o vertedoiro de Lesta. O alcalde negouno. que o seu goberno é máis barato que o de Regos. Sobre as asignacións por órganos, acusou un intento de “afogar o goberno” cunha “burla e un atraco, para chupar do Concello”. A expresión molestou a Marín e Gómez, que defenderon os cambios como unha consecuencia da nova situación política. O BNG mantivo o voto de 2015 por coherencia e Vidal advertiu de que a responsabilidade dun concelleiro de goberno, que pode ser imputado polas súas accións, debe ser mellor retribuída que un da oposición.

Lea entre Marín e o alcalde a conta das débedas municipais

Gómez dimite entre unha forte tensión interna no PSOE

Un dos maiores ecos do pleno nos días sucesivos foi o enfrontamento entre o PP e UxO a raíz da débeda do Concello. Na sesión, Silvia Marín ofreceu a súa cabeza se o alcalde demostraba que Regos abandonou o poder con máis de nove millóns de euros de débeda. Martínez Sanjurjo tomoulle a palabra e ao día seguinte difundiu a conta xeral de 2011, na que a débeda municipal total se situaba en 10,1 millóns de euros. Por iso, emprazou a Marín a dimitir, atri-

Paradoxalmente, a primeira vítima no novo escenario político ordense foi Verónica Gómez, concelleira do PSOE. Xa no pleno deixara caer que abandonaría a corporación “máis pronto do que pensaba” e xusto ao día seguinte dimitiu. A decisión, adiantada por Crónicas, xustificouse en razóns persoais e na actitude do alcalde con “acusacións intolerables e inadmisibles” como a de que estaban en política “para facer caixa”. Non obstante, a dimisión prodú-

buíndolle “un episodio de intencionada desmemoria”. UxO non tardou en replicar, asegurando que a débeda que deixaron en 2015 á súa marcha do goberno era de “pouco máis de catro millóns de euros” e en todo caso “xerada por grandes obras”. A formación política de Manuel Regos acusou ao alcalde de caer na “mentira continuada” e solicitou que deixase o posto, de maneira que a alcaldía fose asumida por outra persoa “válida” do PP.

Crónicas

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

cese nun clima de forte tensión interna no partido, con discrepancias sobre todo pola relación con UxO e relativas á liña estratéxica dos últimos anos, nos que o partido minguou votos nas municipais. Diversas fontes confirman o ambiente enrarecido nas últimas reunións dos socialistas ordenses. O relevo de Gómez será Alejandro Manteiga, quinto da lista en 2015, despois da renuncia de Antonio Morán e Carmen Arcos a asumir a acta.

Se quere recibir Crónicas de balde no seu correo electrónico, pídao en cronicas.comarcadeordes@gmail.com


Crรณnicas - Marzo 2017

3


Crónicas - Marzo 2017

4

Actualidade ORDES Por 1,6 millóns e cun prazo máximo de execución das obras de ano e medio

Contrátanlle a Ponciano Nieto SL a mellora da estrada de Mercurín

Reunión entre a conselleira de Infraestruturas e o alcalde de Ordes

Os traballos consistirán en ampliar a plataforma ata acadar unha anchura de nove metros, entre os quilómetros 0 e 7 da estrada, que ata o pasado outono era de titularidade municipal e pasou ao dominio autonómico. A Consellería asume que a nova anchura será “máis adaptada ás necesidades de mobilidade nesta zona, na que predominan os vehículos pesados” que acceden ao polígono industrial de Cerceda e a o complexo de Sogama. Ademais, vaise intervir nas principais interseccións e habilitaranse pequenos carrís para a aceleración e desaceleración co propósito de favorecer as incorporacións e abandonos do vial. Outra parte do proxecto é a instalación de semiglorietas para facilitar os cambios de sentido en condicións de maior seguridade. Para o acceso a Sogama, está previsto construír unha glorieta do tamaño necesario para efectuar os xiros e demais movementos con garantías de seguridade.

As expropiacións pagaranse os días 5 e 6 de abril na Casa do Concello de Ordes Poucos días despois da adxudicación das obras, a Axencia Galega de Infraestruturas fixou tamén as datas para proceder ao pagamento dos depósitos previos e as indemnizacións por rápida ocupación de terreos afectados polo proxecto mediante expropiación forzosa. Os pagamentos terán lugar na Casa do Concello de Ordes, os días 5 e 6 de abril, de nove a once da mañá. Organízanse en función do primeiro apelido da persoa propietaria dos terreos. O primeiro día, desde o A ata Gestal Villasenín. E o segundo, desde Gómez Becerra ata o Z. No taboleiro de anuncios do Concello exponse a relación de propietarios. Deben ser eles os que acudan, salvo poder notarial, xudicial ou consular que autorice outra persoa. Cómpre levar as escrituras de propiedade e o DNI. Quen non compareza, terá o importe á súa disposición na Caixa Xeral de Depósitos.

As obras de mellora da estrada entre Ordes e Cerceda por Mercurín xa están contratadas. A Xunta informou de que foron adxudicadas á empresa Ponciano Nieto S.L. por un importe de 1,6 millóns de euros. O prazo de execución máximo é de dezaoito meses. Contando con que as

obras poderían iniciarse neste mes de abril, estarían rematadas no outono do vindeiro 2018. A contratación coñeceuse tras unha reunión entre a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, e o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo.

ORDES

OROSO Fomento e Audasa resolveron o conflicto que tiña paralizado o proxecto

A nova ponte de Vilamaior abriu ao tráfico con máis dun mes de retraso

O enlace sur da AP-9 en Sigüeiro volve estar en obras para rematalo en maio

A ponte ten oito metros de ancho

Prevíase que as obras non pasasen do 15 de xaneiro. Pero ata o 24 de febreiro o tráfico non volveu á normalidade na estrada principal de Vilamaior. Foi nesa xornada cando os vehículos pasaron de novo sobre o rego Buxán entre A Armada e Melante, agora sobre unha nova ponte, que custou uns 80.000 euros. Os máis de tres meses de obras deixan como vítima a pista entre o Casal e O Peñasco por Porpalla, utilizada como alternativa. O seu estado xa era regular e o paso de tráfico durante todo ese tempo deixouna cunha elevada deterioración. O arranxo integral prevese para máis adiante.

As máquinas e os operarios volven traballar nas obras do enlace sur da autoestrada AP-9 en Sigüeiro (Oroso), despois de catorce meses de paralización. O primeiro cometido nesta nova etapa foi erguer os piares sobre os que se sitúa a ampliación da ponte sobre a N-550, no punto que lles dará saída aos vehículos procedentes de Santiago. Trátase xustamente da parte do proxecto que motivara a detención dos traballos, nun conflicto burocrático entre Fomento e Audasa. O Ministerio contempla que a obra remate antes do verán, segundo se desprende dunha carta dirixida polo Subdelegado do Goberno nas Sociedades Concesionarias de Autoestradas de Peaxe, Miguel Ángel Jiménez, ao alcalde de Oroso, Manuel Mirás. Audasa, encargada da execución da obra, ten a petición de que as axilice ao máximo. O alcalde escribiulle en decembro ao novo ministro, Íñigo de la Serna, para que dese as instrucións necesarias e se retomasen as obras. Mi-

A colocación dos novos piares acometeuse nada máis retomar os traballos

rás advertía dos prexuízos que se lles estaba ocasionando aos usuarios da AP-9, da N-550 e dos veciños e veciñas que teñen as casas a pé de obra. O rexedor sinalaba que a falta de goberno central xa non era un motivo para manter parados os traballos. En febreiro, o alcalde insistiu e

na resposta desde Fomento confirmaron por primeira vez que a paralización se debeu á “tramitación dun proxecto modificado que finalmente foi aprobado o 3 de febreiro”. O Ministerio di ser o “principal interesado” en que a nova entre en servizo canto antes.


Crรณnicas - Marzo 2017

5

PUBLICIDADE


Crónicas - Marzo 2017

6

ACTuAliDADE FRADES

COMARCA

Veciños de varias parroquias estiveron semanas sen teléfono

Ordes e Trazo vixían que as plantacións cumpran distancias

Os veciños e veciñas das parroquias de varios lugares das parroquias de Galegos, Mesos e Moar estiveron máis de tres semanas sen servizo telefónico, por mor dos efectos do temporal e da lentitude de Telefónica en proceder ás reparacións. As persoas afectadas superaron o medio centenar, segundo as estimacións do Concello, sobre todo nos lugares de Reboredo e Vista Alegre (Galegos) e en Vilarello de Abaixo e Vilarello de Arriba (Moar), e tamén en vivendas de Mesos conectadas a unha das liñas prexudicadas. A interrupción do servizo foi tanto para chamadas como para conexión a internet. Aos usuarios non lles quedou máis opción que a da telefonía móbil ou desprazarse ata outros lugares para efectuar as xestións e actividades que normalmente solucionan na web. O alcalde de Frades, Roberto Rey, explicou que “hai explotacións gandeiras e outras empresas

Os efectos dos temporais de principios de febreiro agrandáronse por culpa da ubicación das plantacións forestais. A escasa distancia das árbores a pistas e estradas, liñas telefónicas e eléctricas e mesmo a vivendas fixo que ao caer co vento dificultasen o tráfico, interrompesen os servizos e mesmo puxesen vidas en risco. A raíz da situación, que non é nova pero que se xeraliza coa proliferación de plantacións de eucaliptos e piñeiros, os Concellos de Ordes e de Trazo anunciaron unha vixilancia máis intensiva para que se respecten as distancias marcadas pola lexislación. En Ordes, o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, emitiu un bando no que anuncia unha campaña especial da Policía Local sobre as repoboacións forestais e a distancia sobre estradas de titularidade local. Lembra que as especies frondosas e de crecemento lento deben gardar catro metros a estradas xerais e dous metros a

que precisan utilizar internet para os seus negocios e tamén hai moitos veciños e veciñas que non poden acceder ao servizo polo que están pagando”. Por iso, o Concello e a asociación veciñal Río Samo procederon a reclamarlle compensacións a Telefónica. Para o rexedor, a situación “non é xustificable nos tempos nos que estamos”, polo que emprazaron á empresa a “que arranxe os problemas canto antes, indemnice as persoas afectadas e faga todo o posible para que situacións como esta non se volvan producir”. Rey amosouse crítico coa actitude de Telefónica durante o tempo en que faltou o servizo. O rexedor explicou que nesas semanas falaron en varias ocasións coa directora rexional da compañía, que lles aseguraba que xa estaban traballando na revisión das liñas e que había un quilómetro de tendido queimado. En cambio, sobre o terreo non vían a ninguén de Telefónica reparando nada.

pistas forestais. Para especies de crecemento rápido, como piñeiros e eucaliptos, son dez metros a estradas e seis a pistas forestais. O rexedor advirte de que a lei autonómica contempla sancións que van desde os 1.001 ata os 100.000 euros no caso de incumprir estas marxes. En Trazo, o alcalde, José Dafonte, difundiu un documento semellante. Só varía en que as especies de crecemento rápido deben preservar cinco metros ata as pistas forestais e trinta ás vivendas, que para as frondosas quedan en quince metros. O primeiro edil de Trazo tamén advirte das posibles sancións económicas e sinala que o incumprimento, ademais, pode “poñer en perigo vidas e bens materiais, como se puido comprobar nos días de temporal”. Por iso, pide colaboración veciñal, sen prexuízo das medidas que se poidan tomar a raíz dos resultados dos controis municipais.

Merendas e pulpeira todo o día CARPAS CERRADAS A partir das 12:00 h: degustación gratuíta das tortillas de masa con torriscos, elaboradas alí mesmo Ás 13:30 h: actuación da CHARANGA DGT Ás 16:00 h: FOLIADA DA MERENDA con actuación de grupos folk A partir das 18:30 h: gran verbena a cargo das orquestras:

GPS: 43º 0´ 58´´ N - 8º 16´ 54 ´´ W

Organiza:

Colabora:

A.V.V. “Os Pasos”

Concello de Frades


Crónicas - Marzo 2017

7

Actualidade COMARCA Aspira a recoller máis de tres millóns de quilos de residuos cada ano

CERCEDA

Cerceda e Mesía, únicos Concellos que se suman ao plan de plásticos agrícolas

Unha traballadora falece en accidente laboral na planta de Sogama en Morzós

Os Concellos de Cerceda e de Mesía son os únicos da comarca de Ordes que se adhiren este ano á campaña de recollida de plásticos agrícolas da Xunta de Galicia, segundo confirmou a propia Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio. En toda Galicia, o programa chega a 86 municipios e aspira a recoller uns tres millóns de quilos de material para a súa reciclaxe. O programa está contratado a unha empresa (Tecnoloxía e Reciclaxe de Materiais, Tryma SL) con instalacións no municipio do Pino. A adxudicataria xa comezou a organizar a recollida cun inventario de lugares aos que acudirá, de acordo co que lle indique cada entidade local. Normalmente son os Concellos os que fan a recollida porta a porta ou lles indican aos agricultores e gandeiros o lugar onde poden trasladar os plásticos dos que queiran desfacerse de maneira limpa. A conselleira do Medio Ambiente, Beatriz Mato, que visitou a planta de procesado da empresa, explicou que

Unha traballadora da planta de tratamento de residuos de Sogama en Cerceda faleceu nun accidente laboral o 27 de febreiro. A vítima, veciña de Queixas, quedou atrapada nunha máquina, que a arrastrou, na zona onde se separan os residuos. Os servizos de emerxencia desprazáronse de inmediato, pero non puideron facer nada por salvarlle a vida. Non foi precisa a intervención dos bombeiros, pois o corpo estaba liberado e accesible. A muller estaba en nómina dunha subcontrata. Sogama abriu unha investigación para esclarecer os feitos. Ademais, os responsables de seguridade da planta en Morzós foron chamados á Consellería de Traballo para ofrecer información sobre os feitos. A empresa amosou o seu “profundo e sentido pésame” polo falecemento, trasladado aos familiares, compañeiros e amigos da falecida, nai do concelleiro de Deportes de Cerceda.

A planta de tratamento no Pino aproveita todo o material plástico que lle chegará

o programa procura evitar os danos ambientais que xera o vertido ou a queima dos plásticos. APROVEITAMENTO Todo o material que se recolle, principalmente plásticos de silos e de

invernadoiros, será aproveitado para novos usos. Co seu procesamento, obtense unha granza de polietileno reciclada, que pode ser utilizada para fabricar novos produtos plásticos ou para elaborar bolsas de lixo ou de polietileno.

REMITIDO. Entrevista a Joost Korver, director general de Primagas

El gas es más cómodo, limpio y eficiente que otros combustibles - Primagas es una empresa especializada en gas con más de 20 años de experiencia en el sector. El objetivo de la compañía es convertirse en la empresa de referencia en el mercado energético de las zonas no urbanas, mejorando las condiciones de vida de sus clientes, a través de una solución energética eficiente y limpia. ¿Por qué Galicia? - Nuestra misión como empresa es mejorar la calidad de vida de las zonas no urbanas de Galicia. Es una región con mucho potencial debido al alto porcentaje de hogares y empresas situados fuera de la red de gas y el alto consumo de gasóleo en la Comunidad. Primagas apuesta por Galicia, para ello ha creado un equipo comercial y técnico con profesionales locales. En nuestros planes de expansión tenemos entrar en más de 20 municipios de toda Galicia. - ¿Cuáles son las ventajas del gas respecto al gasóleo? - En primer lugar algo tan sencillo

como la comodidad de no tener que andar trasteando con las bombonas cada vez que hay que cambiarlas. Además, se desaprovecha el gas que queda en el fondo de las bombonas que no llega a utilizarse. En segundo lugar, el gas es una energía mucho más limpia que otros combustibles fósiles, como el gasóleo o el fuel. Y, por último, los equipos de gas son más eficientes, ya que permiten ahorros importantes en la factura energética, un 30% aproximadamente si se compara con el gasóleo y un 50% con la electricidad. - Dicen que son una empresa familiar con 51 trabajadores, ¿cuántos en vuestra delegación de Galicia? - Galicia es un foco para nuestra empresa. Por este motivo, contamos con un equipo de Primagas para crecer en esta zona. Tenemos cinco delegados en Galicia, así como una extensa red de colaboradores externos gallegos. - ¿Cuál será vuestra inversión en la comunidad? - Aproximadamente unos 20 millones de euros en un período de 5 años.

Esta partida irá destinada a ayudar a los clientes en el cambio de gasóleo a gas y crear infraestructuras que lleven el gas a pueblos o barrios enteros. Además, también trabajaremos en instalaciones para el almacenamiento del gas cerca de nuestros clientes para poder ofrecer un servicio óptimo. - Contáis ya con una autorización para llevar el gas de Primagas a A Guarda. ¿Cómo será el proceso? - Tras el necesario trámite de competencia establecido por la Xunta, resultamos ganadores del mismo para realizar la distribución en la población de A Guarda. Nuestros planes ahora pasan por iniciar las obras en esta población e iniciar la distribución durante el próximo año. - ¿Hay más ayuntamientos interesados en sumarse? - En efecto, en la estrategia de Primagas en Galicia contemplamos tener una participación lo más importante posible en la distribución de gas natural en poblaciones de la comunidad que a fecha de hoy aún no disfrutan de

Joost Korver, dtor. general de Primagas

este servicio. Durante el presente año presentamos a la Xunta proyectos para la distribución en varias poblaciones. - ¿Cómo valoráis la presencia de otros competidores en Galicia? - A pesar del gran desarrollo de la distribución de gas natural en Galicia que propician, pensamos que existen aún muchas pequeñas poblaciones que no disponen del servicio y lo demandan. En Primagas pondremos nuestro foco en los próximos años en atenderlos. Nuestra presencia en este mercado será muy positiva para Galicia y sus zonas rurales.


Crónicas - Marzo 2017

8

Actualidade OROSO

MESÍA O Concello conta este ano con 72.000 euros máis que o pasado

O PP reclama que as beirarrúas do Piñeirón sexan máis seguras

Mesía xa ten en vigor os orzamentos municipais deste ano, de 2,2 millóns

O PP di que a estrada queda estreita

O PP de Oroso pediulle ao goberno municipal que modifique o proxecto de construción de beirarrúas entre Porto Avieira e o cruzamento do Piñeirón, na parroquia da Gándara, incluíndo melloras que incrementen a seguridade viaria nese tramo. O portavoz da principal forza da oposición, Alexander Doval, considera que o proxecto previsto é “insuficiente” e que se precisa ensanchar o primeiro tramo da estrada para evitar posibles riscos. O PP propón un metro máis de anchura, ao valorar que sen tal ampliación “dous coches terían moitas dificultades para circular ao mesmo tempo”.

CERCEDA

O BNG pregunta pola seguridade da destrución de patacas de zonas afectadas pola couza O BNG amosou a súa preocupación polas posibles consecuencias de que as patacas arrancadas nas zonas onde se prohibiu o cultivo se queimen na planta de tratamento de residuos de Sogama. Os nacionalistas temen que esa posible medida “poida ser un vehículo de espallamento da praga da couza guatemalteca na vez dun remedio eficaz”. Por iso, o seu grupo parlamentario trasladoulle unha serie de preguntas á Xunta co propósito de avaliar a seguridade existente. Deste xeito, interésanse por saber se hai algún tipo de protocolo para a destrución dos tubérculos que poidan estar contaminados. Tamén preguntan que medidas se van tomar para evitar unha posible infestación tanto no traxecto que efectúe o transporte como no propio lugar de destrución da pataca. E ademais inquiren á Xunta polas garantías de que en Cerceda non haxa contaxio, temendo que a falta de medidas poida propagar a couza.

Desde comezos de marzo, o Concello de Mesía xa ten en vigor os seus orzamentos para este ano. Poden considerarse excepcionais, non pola contía ou pola evolución dalgunha partida, senón por ter sido aprobados por unanimidade. É un feito inusual en calquera administración de todo o país e neste caso mesmo un tanto innecesario, posto que o goberno conta cunha maioría absoluta de nove concelleiros do PSOE, máis que suficiente para sacar as contas adiante sen o apoio dos dous edís do PP. Sexa como sexa, o Concello conta este ano con case 2.171.000 euros de orzamento, tanto en ingresos como en gastos. É unha cantidade uns 72.000 euros maior que a de 2016, cando as contas quedaran ás portas dos 2.100.000 euros. GASTOS O principal incremento sitúase no capítulo de investimentos, que pasan de 554.000 a 606.000 euros. Con todo, non é o máis voluminoso

dos principais, xa que os gastos en bens correntes e servizos chegan aos 756.000 euros, uns 30.000 euros máis que no exercicio previo. E para pagamento do persoal o Concello reserva tamén uns 756.000 euros, arredor de 20.000 menos que en 2016. Non obstante, o Concello precisa que os investimentos en obras previstos para este ano no municipio suma case 726.000 euros, computando fondos propios locais e axudas da Deputación, en plans e proxectos que xa foron aprobados. A maior parte acapárana as melloras e dotacións na rede viaria local, así como os acondicionamentos de espazos e edificios de uso público e a instalación de novos equipamentos. ingresos A estrutura municipal de ingresos que recollen os orzamentos non experimenta grandes variacións con respecto ao ano pasado. Destacan como cambios máis significativos que a recadación de impostos

PERSOAL Os orzamentos van acompañados do cadro de persoal en nómina do Concello. Recolle catro funcionarios (o secretario-interventor, dous administrativos e un subalterno), e 34 empregados como persoal laboral temporal, dos que 13 son auxiliares de axuda a domicilio, catro peóns, dous peóns-condutores, dous socorristas, un técnico especialista en redes, unha asistente domiciliaria, unha encargada de limpeza, un conserxe do colexio, unha monitora deportiva, unha monitora de tempo libre, unha traballadora social, unha educadora familiar, unha auxiliar de servizos sociais, unha técnica de emprego e unha animadora deportiva. Como vacantes nestes momentos, figuran unha das prazas de peón, a de monitor deportivo e as dúas de socorristas.

OROSO

FRADES

Solicitan a entrada no sistema de transporte metropolitano O pleno de Frades aprobou por unanimidade solicitarlle á Xunta que as liñas de autobús que pasan polo municipio se integren nos plans de transporte metropolitano de Santiago e da Coruña. O alcalde, Roberto Rey, explicou que a adhesión ao sistema serviría para rebaixar os prezos dos billetes, algo que segundo el “sería moi beneficioso sobre todo para os mozos que estudan en Santiago e tamén para aqueles que se desprazan na busca de atención médica especializada”. Para os menores de idade, o acceso a este servizo sería de balde. A decisión, en todo caso, correspóndelle á Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta. Este departamento contempla elaborar un estudo sobre a integración do municipio do programa metropolitano. No Concello asumen que terá un custo para o seu erario. Se ben aínda non está definido, o rexedor calcula, tendo en conta o

directos sobe 37.000 euros, ata os 368.000, e que as transferencias de capital que prevé recibir o Concello pasan de 434.000 a 472.000 euros.

que pagan Concellos semellantes, que poderían chegar aos 3.000 euros ano ano. N-634 Tamén por unanimidade, o pleno aprobou solicitarlle ao Ministerio de Fomento a reparación do tramo da estrada N-634 ao seu paso por Frades. Un informe municipal determina que o vial presenta numerosas deficiencias, que condicionan a seguridade e a integridade de vehículos e de peóns. Na sesión plenaria, Rey expuxo que o tramo urbano da N-634 presenta numerosas fendas e desprendementos, beirarrúas desfeitas e carencia de pasos de peóns. Nas vías de servizo paralelas tamén aprezan graves danos no firme. O alcalde, que sostivo varias reunións coa Demarcación de Estradas do Estado en Galicia, ve prioritario solicitar a reparación antes que asumir a titularidade do tramo vello da estrada.

O Concello pide colaboración veciñal para localizar e retirar niños primarios de velutina O Concello de Oroso solicitou a colaboración da sociedade para localizar e retirar os niños primarios de vespa velutina. Mediante unha campaña informativa, emprazan a revisar galpóns, garaxes, aleiros e outros espazos onde se poidan aprezar canto antes os niños que esta especie invasora crea durante a primavera. Antonio Leira, concelleiro de Seguridade Cidadá e Protección Civil, explicou que estes niños son de celulosa, de cor marrón pardo e dunhas dimensións de seis centímetros de alto por catro centímetros de ancho. Para a retirada dos niños, cómpre avisar ao Concello no 981 691 478 ou directamente ao 112 ou ao 012, os encargados de eliminalos. Dentro desta campaña, o Concello organizou unha charla sobre a vespa asiática impartida por Xesús Asorey, da Asociación Galega de Apicultura. As persoas asistentes a este encontro recibiron información sobre os efectos da especie no ecosistema e os danos que pode causar na apicultura e nos cultivos.


Crรณnicas - Marzo 2017

9

PUBLICIDADE


Crónicas - Marzo 2017

10

Actualidade ORDES

COMARCA

Renovan o asfalto de dous quilómetros de pista en Pereira

Apoio da Deputación para sacar a Vía Verde da vía morta

O tramo mellorado vai desde a N-550 ata o local social e a igrexa da parroquia

O presidente da Deputación, con representantes dos municipios implicados

O tramo de estrada entre a N-550 e a igrexa de Pereira (Ordes) viu renovado o seu asfalto nas últimas semanas. A obra de pavimentación, que facilita tamén o acceso ao local social da parroquia, supuxo un investimento de 83.000 euros. O proxecto saíra a concurso por máis de 111.000, de maneira que o Concello fala dun aforro

Representantes municipais de Cerceda, Tordoia, Ordes, Oroso e Santiago reuníronse co presidente da Deputación da Coruña e outros deputados provinciais para reactivar en conxunto o proxecto de Vía Verde, pendente desde hai practicamente unha década. A iniciativa, que acondicionaría o trazado da antiga liña ferrovia-

OROSO

O Concello súmase ao sistema provincial de interconexión de rexistros O Concello de Oroso adheriuse ao Sistema de Interconexión de Rexistros (SIR), co apoio da Deputación da Coruña. A plataforma permite o intercambio de asentos electrónicos de rexistro desde as oficinas municipais a calquera órgano do Estado, de maneira segura e con conformidade legal. A Deputación xa ten en funcionamento este sistema nas súas oficinas e está impulsando a súa implantación nos Concellos, ofrecéndolles formación e asesoramento mediante un equipo de técnicos que se coordinan co persoal municipal. O SIR xa chega a 6.400 oficinas de rexistro, dunhas 20.000, e elimina o tránsito en papel entre administracións. Considérase máis eficiente e económico, posto que se xeran copias auténticas electrónicas da documentación presentada nos asentos de rexistro. Ademais de Oroso, xa se sumaron Ames, As Pontes, Abegondo, Sada, Pontedeume e Rianxo.

dun 25% co proceso de licitación e adxudicación. O proxecto forma parte do plan provincial PAS 2015. O tramo mellorado ten uns dous quilómetros de longo. Recibiu unha capa de aglomerado en quente, ademais da reparación previa de irregularidades, a apertura de gabias, as canalizacións de auga e o pintado de marcas.

MESÍA

CERCEDA

Investirán 200.000 euros en mellorar a EDAR de Meirama

Beatriz Mato, conselleira, e José García Liñares, alcalde de Cerceda

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio comprometeuse a investir 200.000 euros na mellora da estación depuradora de augas residuais (EDAR) de Meirama, en Cerceda. O investimento trascendeu despois dunha reunión entre a conselleira, Beatriz Mato, e o alcalde, José García Liñares. Augas

ria nos 37 quilómetros entre Cerceda e Santiago para usos lúdicos, precisa reformar o proxecto orixinal para incorporar todos os municipios. A tal efecto, contactarán coa Fundación Ferrocarriles Españoles. Tamén intentarán axilizar os permisos do ADIF e definirán un convenio de colaboración entre os cinco Concellos.

de Galicia analizará previamente nun informe o funcionamento actual da EDAR para determinar que actuacións se acometerán. No encontro, o alcalde tamén pediu a conexión das dúas depuradoras do municipio e o saneamento na Vila da Igrexa. A Xunta supeditou estas obras ás “dispoñibilidades orzamentarias”, polo que non teñen data.

Falece José Alonso Martínez, exalcalde de Mesía, tres días despois da súa esposa José Alonso Martínez, que fora alcalde de Mesía en varias etapas nos anos oitenta e noventa do século pasado, faleceu este 19 de febreiro aos 87 anos de idade. O político, veterinario de profesión, de orixe leonés e afincado en Xanceda desde hai décadas, finou só tres días da súa esposa, Jovita San Gregorio García. O PP, partido ao que pertencía desde cando era AP e aínda antes de selo, ofreceu o seu pésame e calificouno de “referente político da comarca de Santiago”. A formación política cre que Alonso Martínez era “querido por todos” e que “soubo colocar as necesidades e os problemas dos veciños por diante de calquera outro tipo de intereses”, di nun comunicado. Alonso comezou a afastarse da primeira liña política desde 1999. Sen chegar a perder todo o protagonismo, aquel ano cedeu a candidatura do PP a José Fraga Cabado, alcalde ata 2003, momento en que o partido conservador perdeu o poder municipal en Mesía.


Crónicas - Marzo 2017

11

ACTuAliDADE MESÍA Medio Ambiente acepta investir preto dun millón de euros “en distintas fases”

MESÍA

A xunta e Mesía desbloquean as obras de abastecemento detidas desde 2009

O delegado do Goberno mantén un accidente como causa da morte de Manuel Rodríguez

A extensión da rede de abastecemento de auga potable volverá avanzar en Mesía. Supérase o parón iniciado en 2009, co retorno do PP ao poder na Xunta, que detivo os cuantiosos investimentos dos anos previos no goberno de Pérez Touriño. Agora, despois duns anos nos que o Concello só puido acometer varias obras con fondos propios ou co apoio da Deputación, ábrese paso a posibilidade de que a rede de auga potable chegue ás zonas pendentes a medio prazo. O desbloqueo escenificouse nunha reunión entre o alcalde, Mariano Iglesias, e a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, á que tamén asistiu o director de Augas de Galicia, Roberto Rodríguez. A base para darlle continuidade á traída pública serán os proxectos existentes desde 2009. A Xunta explicou que Augas de Galicia vainos retomar “para analizar conxuntamente co Concello a distribución das actuacións en distintas fases”.

Un accidente mantense como hipótese oficial da morte de Manuel Rodríguez Gómez, o mozo de 27 anos de Visantoña (Mesía) localizado nas augas da zona de Palexco, na Coruña, tras perderse a súa pista catro días antes preto da sala de festas El Pelícano, próxima ao lugar. “Non hai nada previo que indique outra cousa que non sexa un accidente”, afirmou o Delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, pouco despois de que se localizara o cadáver, aínda á espera, nese momento, dos resultados definitivos da autopsia. O falecido saíra cun amigo á Coruña na noite do 2 ao 3 de febreiro. O amigo retornou á casa só. Rodríguez foi visto, en actitude tranquila, ás portas da discoteca pasadas as cinco da madrugada. O seu móbil deixou de funcionar a iso das seis e media. Ata a mañá do día 7, a familia desenvolveu unha intensa busca. O desenlace causou a lóxica consternación.

A conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e o alcalde de Mesía, Mariano Iglesias

O compromiso máis inmediato da conselleira co alcalde é comezar “este mesmo ano” a actuación que o goberno municipal de Mesía considere máis prioritaria. Polo de agora, non se deu a coñecer cal sería esa obra. Medio Ambiente non detallou

cantas fases haberá nin como se distribuirá o investimento ao longo dos anos. Non obstante, ofreceu colaboración para proseguir coas obras e completar unha infraestrutura que o propio departamento autonómico valora aproximadamente nun millón de euros.

ACTIVIDADES PRIMAVERA / SEMANA SANTA FRADES CURSOS E XORNADAS PARA ADULTOS HORTA ECOLÓXICA 2ª EDICIÓN 25 prazas. Prezo: 40€. Duración: 30 horas. Multiúsos. Farase cando haxa grupo. CURSO DE INFORMÁTICA Internet e Office. Formación personalizada. Prezo: 20€/mes. Duración: 50 horas. Aula de informática municipal. 10 prazas. MANIPULADOR DE ALIMENTOS Multiúsos de Frades. Prezo: 20€. Cando se forme grupo. PLANTAS AROMÁTICAS E MEDICINAIS 2ª EDICIÓN Multiúsos. Prezo: 20€. Duración: 16 horas. Os sábados (10/12). 25 prazas. CURSO DE REDES SOCIAIS PARA PAIS E NAIS Prezo: 20€. Duración: 4 horas. Multiúsos. 15 prazas. Aprender a usar as redes sociais para evitar perigos aos nenos/as.

CURSO DE XADREZ Prezo: 20€/mes. Duración: 30 horas/6 meses. Multiúsos. 10 prazas COCIÑA. REPOSTERÍA CREATIVA Duración: 30 horas. 15 prazas. Xuño 2017. CURSO DE ATENCIÓN AO CLIENTE Prezo: 60€. Duración: 20 horas. Multiúsos. 20 prazas. Técnicas de venda. CURSO DE PRIMEIROS AUXILIOS Prezo: 20€. Duración: 4 horas. Multiúsos. Sábado. 15 prazas. OUTROS CURSOS: Nutrición e Dietética, Apicultura, Arte Floral, Manipulación de Produtos Fitosanitarios, Benestar Animal, CAP (Certificado de Aptitude Profesional) Transporte, Xardinería...

DEPARTAMENTO DE SERVIZOS SOCIAIS EXCURSIÓN A PALENCIA E VALLADOLID Do 21 ao 23 de abril. 55 prazas. Anotarse antes do 7 de abril. Prezo: 160€ empadroados (185€ outros). Menores ata 12 anos: 120€ empadroados (145€ outros). Pensión completa. FESTA DOS NOSOS MAIORES 27 de maio, a partir das 13:00 horas, San

Nicolau. Xantar ofrecido polo Concello de Frades aos nosos maiores. Xogos populares e actuacións do grupo Sarillo de Aiazo e do dúo Eva e Camilo. Gratuíto para empadroados maiores de 60 anos. PODOLOXÍA A DOMICILIO, PERRUQUERÍA E FISIOTERAPIA Persoas con grao de dependencia ou usuarios/as de servizos sociais. Gratuíto.

DEPORTES GALA DE PATINAXE Sábado 22 de abril, a partir das 16:30 horas. Pavillón Municipal de Ponte Carreira, cos concellos e clubes da comarca. Participación gratuita LIGA FÚTBOL SALA ESCOLAR NENOS Inicio: marzo. Os catro primeiros clasificados xogarán as semifinais e finais en Melide no mes de xuño. LIGA DE FÚTBOL SALA DO CONCELLO ADULTOS De marzo a maio. Pavillón de Pontecarreira. A final, o 24 de maio en Ordes.

IV CARREIRA POPULAR CONCELLO DE FRADES Sábado 13 de maio, a partir das 17:00 h. Ponte Carreira, baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo. Inscricións: www.emesports.es. Escolares: de balde. Adultos: 5€ CLAUSURA DAS ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS Sábado 10 de xuño, a partir das 15:30 horas. Pavillón Municipal de Ponte Carreira. Inchables, xogos e exhibicións de patinaxe, zumba, pilates, teatro... Merenda para todos.

ACTIVIDADES SEMANA SANTA SAÍDA AO MUSEO DE BELAS ARTES E CASA DAS CIENCIAS 11 de abril. Todo o día. Inscricións antes do 7 de abril. Prezo: 5€ empadroados (10€ outros). Xantar non incluido. ACTUACIÓN DO PAIASO POPÍN,

OBRADOIROS E MERENDA 12 de abril, ás 16:30 h, no multiúsos. Gratuíto. Espectáculo do Paiaso Popín, obradoiro de Pascua e merenda con chocolate. Anotacións antes do 10 de abril.

ACTIVIDADES DAS LETRAS GALEGAS 2017 CONCERTO DIDÁCTICO “O GAITEIRO CABEZUDO” CPI Ponte Carreira, en horario escolar. A cargo de Os Viqueiras.

Máis información e inscricións: Concello de Frades. 981 695 567 / www.concellodefrades.es

CONCERTO INFANTIL EN GALEGO “O SON QUE ME ARROLA” CPI Ponte Carreira, Asociación Antonio Gandoy. Preescolar e infantil.


Crónicas - Marzo 2017

12

Economía E TRABALLO TÉXTIL Mobilización de traballadoras do grupo Deus contra os EREs e os impagos

“Queremos cobrar!”

As traballadoras reclamaron o cobro das mensualidades que lles debe a empresa e calificaron de “fraudulento” o ERE presentado

Traballadoras do grupo téxtil Deus, de Ordes, protagonizan unha das folgas máis longas da historia recente da comarca. As mobilizacións amosan o seu rexeitamento aos EREs presentados polas empresas, con 103 despedimentos (43 en Shivshi, 40 en Deus Creaciones e 20 en Confecciones Deus), e a reivindicación de que lles paguen os salarios de xa case seis meses pendentes. “Queremos cobrar” ou “Queremos traballo e queremos salario, non ao ERE fraudulento do grupo Deus” son os principais lemas das pancartas que utilizan na protesta, con concentracións a diario ante a nave da compañía no polígono de Ordes e marchas a pé ata o centro da vila os mércores. A folga, inicialmente de catro días, prolongouse porque a empresa non amosou intención de pagar en breve nin as nóminas nin as indemnizacións dos despedimentos. Na primeira fase, foi secundada por todas as traballadoras do grupo. Despois, unicamente polas afectadas polos EREs, posto que ás demais a empresa ofreceulles pagar paulatinamente as nó-

minas ata empezar a cobralas con puntualidade despois deste abril. Existen dúbidas sobre a capacidade de resposta do grupo de empresas Deus, que segundo fontes do sector téxtil debería máis de oito millóns de euros. Por iso, os sindicatos interpretan a oferta da empresa como un intento de dividir as traballadoras, xusto cando o tecido económico do municipio comezara a apoiar as súas protestas con paróns solidarios da actividade comercial durante as marchas a pé. DESOEN A INSPECCIÓN DE TRABALLO Segundo o sindicato CIG, a empresa escúdase na falta de liquidez para non pagar, cunha “actitude de chulería e prepotencia, pois hai que recordar que nin sequera se molestou en responder ao requirimento da Xunta para que corrixa os graves erros na documentación do ERE”, en palabras de Dores Martínez, Secretaria Nacional da FGAMT-CIG. Tal como explican as fontes sindicais, a Inspección de Traballo chegou a instar á empresa a arquivar o expe-

diente “á vista das manifestas irregularidades na documentación”. No caso de querer seguir adiante co ERE, aconselláballe iniciar de novo o proceso cumprindo a normativa de despedimentos colectivos. VENSE NA XUSTIZA Non obstante, non vai ser así. Os períodos de consulta dos EREs remataron sen acordo e incluso co informe de Traballo desfavorable, a CIG advirte de que a reforma laboral do PP fai que non sexa vinculante. A normativa actual permite executar EREs sen autorización administrativa previa e facilita despedimentos colectivos “sen ningunha garantía e sen ter causas obxectivas”, din desde a CIG. Dores Martínez explica que “o informe servirá para acompañar a impugnación do ERE, pero nada evitará ter que xudicializar o proceso, nada evitará que as traballadoras se vexan na obriga de ir aos xulgados para facer valer o seu dereito ao traballo e incluso o dereito por cobrar o salario polo traballo realizado”. E, cos prazos e ritmos que manexa a xustiza, a resolución pode tardar moito.

Os despedimentos terán efecto a partir do 3 de abril Cando estaban a punto de cumprirse tres semanas de folga, o grupo Deus comezou a entregar as cartas de despedimento ás traballadoras. Terán efecto desde este vindeiro luns, 3 de abril. Ademais de non haber traza de que se vaian pagar as nóminas atrasadas pronto, na súa comunicación a empresa insiste en que non pode pagar as indemnizacións por despedimento que lle marca a lei. Supoñen vinte días de salario por cada

ano traballado, ata un tope de doce mensualidades, para cada unha das 103 afectadas, ao seren despedimentos por causas económicas. A CIG considera chamativo que nos EREs o grupo alegase só motivos económicos e nas cartas de despedimento inclúa tamén causas produtivas “aínda que a única razón que achega é a suposta perda dun dos seus principais clientes”, segundo explica Dores Martínez, Secretaria Nacional da FGAMT-CIG. A

sindicalista precisa que tal cuestión “non foi tratada na comisión de negociación”. Por se o horizonte non tivese nuboeiros abondo, os sindicatos temen que non se chegue a cobrar toda a débeda salarial. Para iso, a empresa tería que declarase insolvente ou entrar en concurso. O Fondo de Garantía Social, coas coberturas recortadas, non atendería toda a débeda ao superarse os máximos establecidos.

Reciben apoios desde os principais grupos políticos Conscientes do duro golpe que supón para a economía local que deixen de ingresarse máis dun cento de nóminas e do risco de debacle definitiva dun sector que foi tan relevante, numerosos veciños e negocios de diversos ámbitos apoiaron as mobilizacións das traballadoras de Deus. Do mesmo xeito, recibiron o apoio das principais formacións politicas. Así, o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo (PP), estivo a carón das empregadas nas súas marchas a pé e manifestou publicamente a súa preocupación polas dificultades que atravesa o sector. O goberno municipal permitiu ademais que no balcón da Casa do Concello se exhiban as pancartas das protestas. Tamén integrantes do BNG amosaron o seu respaldo ás mobilizacións e reuníronse co comité de empresa para trasladar a cuestión ao Parlamento Galego. Alí, por boca de Xosé Luis Rivas ‘Mini’, o Bloque trasladoulle unha pregunta á Xunta expoñendo a situación da empresa e a do conxunto do sector, mencionando que en Viriato, practicamente pechada, o persoal non cobrou as indemnizacións. De aí que os nacionalistas demandasen un plan de reactivación do emprego na zona atendendo especialmente os centos de despedidas. En canto ao PSOE, integrantes do partido a nivel local acudiron ás marchas a pé e unha destas protestas contou coa presenza da parlamentaria Matilde Begoña Rodríguez Rumbo, de Cerceda. O partido tamén propiciou unha reunión en Santiago entre o comité das traballadoras para o ERE e os seus voceiros de Industria, Abel Losada, e de Economía, a propia Rodríguez Rumbo. Os parlamentarios interesáronse pola situación de Deus para presentar novas iniciativas sobre o sector ante a Xunta, instándoa a que poña en marcha plans específicos. Do mesmo xeito, no caso de Viriato os socialistas xa lle reclamaron ao goberno autonómico “que faga valer o apoio público á empresa para protexer as traballadoras afectadas polo seu peche”. Para o PSOE, a Xunta non ten ofrecido “nin unha mala palabra, nin unha boa acción”.


Crónicas - Marzo 2017

13

Economía E TRABALLO COMARCA O SLG cre que Erimsa pon en perigo uns 500 empregos directos

Alertan de proxectos mineiros que poderían ameazar unhas 200 granxas “Os proxectos da mineira Erimsa ameazan 200 granxas e 500 empregos directos na comarca de Ordes”. É a contundente advertencia que lanza o Sindicato Labrego Galego (SLG) á vista das iniciativas que a empresa norueguesa planifica para extraer seixo (cuarzo metalúrxico) en zonas de Frades, Mesía, Ordes e Oroso. Trátase de catro proxectos que afectarían a 6.721 hectáreas. O máis adiantado é o que afecta a Xanceda (Mesía), xa en exposición pública. Os demais contan con permisos de investigación. O denominado ‘Marís’ afecta a Abellá, Galegos, Papucín (Frades) e unha parte de Mesía. Baixo o nome de ‘Andrea’, prevese outro proxecto centrado en Abellá e Galegos (Frades), con impacto tamén en territorios de Mesía, Ordes e Oroso. E ‘Lamosa’ involucra a Beán (Ordes) e Marzoa (Oroso). A afección total suma, segundo os cálculos do SLG, 197 explotacións e uns 460 empregos directos. “En contraste con estas cifras, Erimsa comprométese a crear oito postos de traballo temporais mentres dure a extracción mineira”, agrega o sindicato. Entre as explotacións afectadas, figura a granxa ecolóxica ‘Casa Grande de Xanceda’, que está valorando as accións a tomar. Esta emblemática empresa de Mesía, que se arrisca a perder a súa certificación para a produción ecolóxica, anticipou que considera “inxusta e imprevista” a acción emprendida por Erimsa. O SLG ta-

Máquinas de Erimsa traballando tempo atrás nunha prospección en Oroso, segundo o SLG sen licenza nin permiso

mén promove a presentación de alegacións entre os afectados. Ademais dos danos no terreo, indica que se arriscan a perder as axudas da PAC, unha media de 400 euros por hectárea. Ao peche desta edición, o SLG mantiña unha reunión informativa na Casa da Cultura en Xanceda (Mesía). O SLG emprazou aos Concellos, especialmente Frades e Mesía pola elevada dependencia da gandería e a alta incidencia dos proxectos no seu territorio, a emitir ditames contrarios. De momento, ningún goberno local se pronunciou. “Os Concellos afectados deben decidir de que lado se poñen, se do lado de Erimsa ou do lado das granxas afectadas”, avisa. EFECTOS POR OITO ANOS O SLG toma como referencia prospeccións que se efectuaron nos últimos anos na comarca para describir os danos que sufrirían os terreos

afectados. A extracción do seixo é a ceo aberto, cunha profundidade que chega aos 2,50 metros. Despois, procédese ao recheo con terra. “Os terreos explotados quedan inservibles para a actividade gandeira”, din. A principal razón que expoñen é que a falta do mineral, que é o que lle confire estrutura ao solo e permite a drenaxe da auga, fai que os prados tarden ata oito anos en volver producir forraxe a niveis óptimos. Ao chover, convértense “nunha lameira impracticable para o gando maior e o acceso de tractores”. “MÁXIMO COIDADO” A empresa, que non se pronunciou ante as críticas do SLG, detalla na súa páxina web o sistema de cribado do terreo que utilizaría nestes proxectos resulta “compatible coa actividade agrícola e gandeira”. Expón que a fase inicial de separación “temporal” da capa vexetal da terra efectúana “co máximo coidado porque unha vez rematemos recuperaremos o terreo coa mesma terra”. O seguinte paso sería a excavación a unha profundidade de “un metro ou metro e medio, como norma xeral”, di Erimsa, e cunha superficie máxima de traballo simultáneo de dúas hectáreas. Ao remate, repoñen o terreo cubríndoo coa terra vexetal separada no comezo. “Os propietarios recuperan o terreo para o seu uso habitual mantendo a súa produtividade”, sostén Erimsa.

PREZOS DO LEITE

XANEIRO / DECEMBRO (€/litro) Galicia Andalucía Aragón Asturias Baleares Canarias Cantabria Castela-A Mancha Castela e León Cataluña Extremadura Madrid Murcia Navarra Euskadi A Rioxa Valencia ESPAÑA

0,303 0,330 0,316 0,334 0,307 0,449 0,317 0,333 0,318 0,312 0,318 0,322 0,311 0,327 0,349 0,342 0,325 0,316

0,298 0,332 0,319 0,326 0,306 0,448 0,309 0,336 0,315 0,308 0,317 0,321 0,303 0,325 0,349 0,346 0,328 0,313

MEDIAS ESPAÑA XANEIRO 2013 0,337 2014 0,393 2015 0,328 2016 0,308 2017 0,316

PRODUCIÓN XANEIRO 2016

2017

Galicia 221.511 tn 218.874 tn España 588.564 tn 580.738 tn Fonte: FEGA (06-03-2017)

ORDES

Banda ancha no polígono O polígono industrial de Ordes incorporou internet de alta capacidade (350 mb de baixada e 35 de subida). As empresas poden informarse no 981 957 868 (laborais, 9 a 14 horas).


Crónicas - Marzo 2017

14

Economía E TRABALLO COMARCA

COMARCA Formou vinte persoas nos eidos da albanelería e da xardinería

Cerceda, Tordoia e Trazo remodelaron dúas rectorais e unha vella estación cun obradoiro

Remata o obradoiro de emprego conxunto de Frades e de Ordes

Remate do obradoiro de emprego conxunto, no auditorio de Cerceda

O obradoiro de emprego que desenvolveron conxuntamente os Concellos de Cerceda, Tordoia e Trazo formou vinte persoas nas especialidades de fábricas de albanelería e de operacións auxiliares de revestimentos continuos de construción, con dez alumnos e alumnas en cada unha delas. Os traballos que se acometeron durante os seis meses desta iniciativa mixta de formación e emprego foron intervencións nas casas rectorais de Anxeriz (Tordoia) e de Chaián (Trazo), mentres que en Cerceda traballaron na antiga estación de ferrocarril de Queixas-Londoño e no seu recinto. Dos vinte participantes no obradoiro, inicialmente asignáronse as prazas por municipios da seguinte maneira: sete a Cerceda (catro en fábricas e tres en operacións auxiliares), outros sete a Tordoia (tres en fábricas e catro en operacións auxiliares), e seis a Trazo (tres en cada unha das especialidades formativas e laborais). O alumnado estivo dirixido por un equipo docente integrado por un director, un mestre para cada unha das especialidades, un mestre titor a media xornada e un administrativo. Na clausura do obradoiro de emprego, que tivo lugar no auditorio de Cerceda, participaron os alcaldes dos tres Concellos -José García Liñares por Cerceda, Antonio Pereiro por Tordoia e José Dafonte por Trazo- e unha representante da Consellería de Economía, Emprego e Industria, departamento do goberno autonómico que achegou a maior parte da financiación do obradoiro.

A clausura e entrega de diplomas do obradoiro de emprego tivo lugar na antiga estación ferroviaria da Pontraga, en Ordes

Rematou o obradoiro de emprego que durante seis meses formou a vinte persoas de Frades e de Ordes nas especialidades de operacións auxiliares de albanelería de fábricas e cubertas e de actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería. Na clausura e entrega de diplomas participaron os alcaldes dos

dous municipios, o ordense José Luis Martínez Sanjurjo e o fradense Roberto Rey, ademais do delegado provincial da Xunta, Ovidio Rodeiro. O obradoiro tivo un custo de case 180.000 euros. Ademais de incrementar as posibilidades de inserción laboral do alumnado, en Frades acometeron intervencións nunha piscina

infantil en Papucín, na antiga escola unitaria de Abellá, no campo de fútbol de Vitre e nas áreas recreativas de Aiazo e de Ledoira. En Ordes, serviu para mellorar os locais sociais de Santa Cruz de Montaos e de Buscás, o parque infantil Pilar Martínez (na vila) e a área recreativa da antiga estación de tren na Pontraga.

MESÍA Na clausura, a Xunta anunciou unha maior duración na nova convocatoria

Peón agrícola e de xardinería, perfís do obradoiro no que participou Mesía Mesía participou no obradoiro de emprego ‘Valorización de espazos públicos e mellora de servizos municipais’, en conxunto cos Concellos de Abegondo, Bergondo, Carral e OzaCesuras, todos estes non pertencentes á comarca de Ordes. Os participantes nesta iniciativa mixta de formación e emprego, que obtivo máis de 130.000 euros de achega autonómica, ven así melloradas as súas opcións de atopar un posto de traballo nas modalidades de peón agrícola ou de auxiliar de xardinería e de viveiro. Na clausura do obradoiro, ademais dos alcaldes dos distintos municipios, participou o conselleiro de Economía, Emprego e Industria. Francisco Conde aproveitou o acto para anunciar que a nova convocatoria de obradoiros de emprego aumenta a súa duración ata os nove meses, en vez dos seis dos últimos anos pero sen recuperar aínda o ano de duración que tiñan ata 2009. Outra novidade é que os obradoiros van primar máis a formación en

O acto de clausura, co conselleiro Conde, tivo lugar no Concello de Abegondo

materias relacionadas co tecido empresarial da súa zona. Tamén terán prioridade proxectos relacionados coa chamada industria 4.0 e sectores estratéxicos. E incrementarase a preferencia de entrada para persoas beneficiarias da renda de integración social, mulleres, vítimas de violencia de xénero, parados de longa du-

ración, maiores de 45 anos, persoas sen formación superior e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social. Segundo a Xunta, a nova convocatoria de obradoiros de emprego, xerais e para menores de trinta anos, podería beneficiar a unhas 1.600 persoas en toda Galicia.


Crónicas - Marzo 2017

15

xENTE DE AQuÍ COMARCA Un manifesto da Mancomunidade defende máis políticas de igualdade

As luces e as sombras do 8-M A comarca de Ordes conmemorou o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, con múltiples actos nos distintos municipios, algúns cun compoñente máis ritual que efectivo e outros encamiñados a poñer de manifesto a necesidade de superar as desigualdades de xénero, conscientes de que os avances non son necesariamente eternos e os retrocesos son sempre unha ameaza. Neste sentido pronunciouse o manifesto institucional da Mancomunidade de Ordes. Baixo o título ‘Á sombra dos números’, contrastou as frías estatísticas e recontos que se publican de vez en cando, xeralmente indicando avances, con feitos que se observan na realidade social, que non sempre confirman os progresos ou mesmo os desmenten con rotundidade. De forma concreta sobre a comarca, a Mancomunidade deixa constancia da precarización laboral en sectores como o agrario ou o gandeiro, e a práctica desaparición do téxtil “tan ligado ao emprego feminino e ao progreso da igualdade na comarca, que non só prexudica gravemente a nosa economía, senón que borra un coñecemento case artesán de produción que será dificilmente recuperable”. De aí que a entidade supramunicipal defenda a necesidade de reforzar as políticas de igualdade en todos os ámbitos. O organismo non esqueceu o problema da violencia machista, para o que nestas semanas desenvolveu accións formativas entre o persoal de axuda no fogar.

OROSO

O CEIP do Camiño Inglés participa nunha iniciativa autonómica de voluntariado

A directora xeral presentou o programa no CEIP do Camiño Inglés Xornada en Tordoia para formar sobre violencia de xénero, no ciclo itinerante do CIM

Concurso fotográfico en Oroso Oroso entregou os premios do seu concurso municipal de fotografía ‘Muller traballadora’. Na categoría xeral, gañou Mayte Silva. Dúas imaxes de Cristian Blanco mereceron o segundo e terceiro premio. Na categoría infantil, o primeiro e segundo premios foron para fotos de Leticia Blanco. O terceiro correspondeulle a Enerith Gómez.

O Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) do Camiño Inglés, en Sigüeiro (Oroso), é o único da comarca que participa este curso no programa ‘Pasaporte Solidario’, posto en marcha pola Xunta de Galicia. Ademais do alumnado de ata doce anos, nesta iniciativa poden participar pais, nais e profesorado. As persoas voluntarias que queiran sumarse ao proxecto reciben un documento a modo de pasaporte, que van cubrindo a medida que efectúan accións solidarias. Quen remate o seu itinerario de solidariedade recibirá un documento acreditativo que recoñece a súa participación no programa. Nos vintedous centros educativos de toda Galicia que participan este curso no ‘Pasaporte Solidario’, estímase que participarán máis de 1.300 alumnos e alumnas, segundo indicou a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cecilia Vázquez, que visitou o colexio de Sigüeiro.

881 864 454 Portiño, 24 Bajo Izq. - 15688 Oroso www.fisiosaudesigueiro.es

Materiales de construcción Saneamiento Telf: 981 68 11 21 Fax: 981 68 26 98 Fertilizantes

Cómo PERDER PESO sin pasar hambre

¿Quieres aprender a comer?

¡EMPIEZA HOY!

Balado, 48 ORDES (A Coruña)

pampin@ahpampin.com

CLICKFER HNOS. PAMPÍN FERRETERÍA

Recreo, 54 ORDES (A Coruña)

Telf: 981 68 22 61 Fax: 981 10 87 97 pampin@ahpampin.com


Crónicas - Marzo 2017

16

xente dE aquí ORDES Gastronomía, artesanía, agricultura e gandería ecolóxicas, hípica e cetraría, entre as propostas

A Festa do Lacón con Grelos diversifica a súa oferta

Os locais da zona involucráronse nun evento que continúa tendo na exposición de gando un dos principais reclamos

Os tractores e a maquinaria agrícola adoitan ser visita obrigada

As probas de andadura puntuaron para o campionato galego

Hai bastante máis que lacón e grelos na Festa do Lacón con Grelos no Mesón do Vento (Ardemil, Ordes). Na súa décimo novena edición, este evento continúa diversificando a súa programación, con bastantes máis reclamos que o principal da gastronomía. Unha das grandes novidades este ano foi a I Feira Agroecolóxica, con produtos locais de horta e artesanía, e tamén xogos tradicionais. Na mesma xornada do sábado, destacaron o II Encontro Folclórico, cos grupos de Leira, Camiño Real de Poulo e Sementes da Arte. E os estertores do entroido fixéronse notar co desfile de disfraces e comparsas. A xornada do domingo, como é tradición, foi a que máis público captou. Estímase que os bares e restaurantes da zona repartiron uns 2.500 quilos de racións de lacón con grelos entre os visitantes. Do programa, destacan a mostra de gando de razas autóctonas, a mostra de cetraría, a concentración moteira, as probas de agility canina, as carreiras de burros e as probas de andadura hípica puntuables para o vixésimo campionato galego.

FRADES

TORDOIA Amplo menú grazas ao traballo da asociación de mulleres A Ponderosa

A asociación de Abellá celebra unha filloada no polideportivo

Anxeriz reúne máis de 300 persoas na súa Festa do Grelo

O pavillón deportivo de Abellá (Frades) acolleu unha festa da asociación parroquial ‘Os Labregos’ que tivo como reclamo as filloas e a cacheira de porco. O evento contou coa colaboración do Concello. Entre os participantes, a asociación sorteou dúas cestas de produtos. Actuaron os gaiteiros Os Viqueiras, de Ordes, e un espectáculo musical.

A parroquia de Anxeriz, no municipio de Tordoia, celebrou a súa Festa do Grelo, á que acudiron máis de trescentas persoas, entre elas o alcalde, Antonio Pereiro, e varios concelleiros. No ágape servíronse máis de douscentos quilos de verdura, con racións ben completas de carne e patacas, ademais de filloas e doces propios da época. A festa foi posible grazas ao traballo da asociación de mulleres da Ponderosa.


Crónicas - Marzo 2017

17

xENTE DE AQuÍ CERCEDA ‘Marcha da Memoria’ nos 40 anos da revolta contra a ocupación forzosa

ORDES

As Encrobas rememorou os días nos que deu un exemplo de dignidade

Charla a favor da biopsia líquida no Museo do Traxe

Entre a nostalxia e o orgullo, a parroquia das Encrobas (Cerceda) conmemorou os corenta anos da rebelión que a puxo na historia antes de que, paradoxalmente, a historia a levase por diante. Cunha ‘Marcha da Memoria’, veciñanza, colectivos sociais e culturais e algunhas forzas políticas lembraron a loita contra a ocupación forzosa das súas terras. Pelexaron para non ter que regalalas, ou mellor dito, para que non llelas roubasen. A empresa Lignitos de Meirama, que durante máis de tres décadas cavaría un inmenso cráter para abastecer de combustible a central térmica de Fenosa, tiña autorización do derradeiro Consello de Ministros de Franco para facelo. Daquela loita veciñal quedou o exemplo de incorformismo e de dignidade. Mulleres e anciáns enfrontáronse a Garda Civil daquel entón con paraugas e apeiros de labranza ata conseguir parar as expropiacións e facer que a empresa sentase a negociar, ofrecendo finalmente unha compensación moito maior polo te-

Xornada impartida pola doutora Curiel

O simbolismo de paraugas e apeiros mantívose vivo na conmemoración, á que acudiron persoeiros como Manuel Rivas, daquela nos seus comezos xornalísticos, ou o fotógrafo de prensa Xosé Castro, que documentou maxistralmente aqueles días. Na memoria, outros como Moncho Valcarce, o cura que puxo a súa intelixencia ao servizo da protesta.

A campaña a favor da biopsia líquida, sustentada no micromecenado, chegou a Ordes en forma dunha charla no Museo do Traxe Juanjo Liñares. Encargouse de ofrecela a doutora Teresa Curiel, ante varias decenas de persoas, entre elas os concelleiros Ana Soneira, José Manuel Mira e José Manuel Rodríguez. Para colaborar coa iniciativa, que facilitaría e axilizaría o diagnóstico do cancro, pódese ingresar nunha conta de Abanca ou enviar un SMS coa palabra CANCRO ao 28014 (1,20 euros de doazón) ou ao 38014 (6 euros de doazón). Máis información na páxina www. oncomet.es e no 981 955 344.

- Cal é a súa política de prezos? - Os nosos prezos márcanolos Repsol, a marca baixo a que traballamos. Nós somos unha estación de servizo

e intentamos dar o mellor aos nosos clientes. E claro está que traballando baixo a marca de Repsol ofrecemos o mellor produto do mercado.

O itinerario conmemorativo percorreu os escenarios da rebelión de febreiro de 1977

rreo e facilitando tamén postos de emprego para as familias da zona. A ‘Marcha da Memoria’ amosou que a ferida segue aberta. O lema ‘A terra é nosa e non de Fenosa’ reconverteuse en ‘A nosa terra aínda non é nosa’, ao botar en falta que lles deixen acceder ao recinto da mina, outrora un val fértil e hoxe un lago artificial.

Agora, gasóleo B en Repsol da Pontecarreira - Desde cando incorporan o gasóleo B á súa oferta de produtos? - Despois de loitar con moitos problemas burocráticos e oito anos despois, conseguimos ter a licenza de venda dende o pasado 17 de marzo. - Para que tipo de vehículos está indicado este combustible? - Este combustible é un gasóleo bonificado, é decir, subvencionado. Está indicado para toda a maquinaria agrícola con motores diésel. - Como se pode adquirir? - A venda é na estación, tanto direc-

tamente na maquinaria agrícola como en garrafas, e o pago só está permitido con tarxeta de gasóleo B ou cheques. Esa tarxeta pódese conseguir facilmente en calquera entidade bancaria. - Teñen alguna promoción especial por cantidade? - Pois claro está que cando tes un cliente que teña un consumo considerable, sempre se vai intentar facerlle algún desconto, dentro das marxes que temos hoxe en día. Pero non só no gasóleo B, senón tamén en todos os produtos que ofrecemos.

ESTACIÓN DE SERVICIO PONTECARREIRA Centro Especial de Empleo

Mosyper Gestión SL. NIF: B70396270 N-634, PK 688. Ledoira - FRADES. 15686 A Coruña Telf: 981 692 002 / 664 419 113 - e.s.33841.cotec@gmail.com

GASÓLEO B (Agrícola), GASÓLEO E+ GASÓLEO E+10, GASOLINA 95 ADBLUE Bombonas Butano y Propano Recambios Vehículos, Recargas Móviles Carbón, Hielo, Tabaco Bebidas, Snacks, Gominolas, etc


18

Crónicas - Marzo 2017

DEPORTES TIRO CON ARCO O IV Trofeo Concello de Ordes congrega uns setenta competidores en diversas categorías de idade

O tiro con arco crea afección en Ordes A cuarta edición do Trofeo Concello de Ordes de tiro con arco reuniu uns setenta competidores e competidoras, en categorías esquío, benxamín, alevín, infantil, cadete, novel e sénior. A competición, que se desenvolveu no polideportivo do Campomaior, contou coa participación das escolas municipais de Ordes, da Laracha, de Teo e de Lugo, ademais das entidades deportivas V. Vilamarín, Dous x Setenta, Club Adarve, Club Guitiriz e Arco Arzúa. O equipo ordense foi terceiro en sénior e segundo en cadetes. Ana Soneira, concelleira de Deportes, entregou os trofeos

ATLETISMO O club ciclista de Oroso constitúe unha sección de atletismo e pretende ser escola deportiva

O Tambre Bike, tamén sen pedais O club Tambre Bike conta agora cunha sección de atletismo, por suposto sen prescindir do ámbito ciclista. A entidade comeza cuns quince corredores e ten a ambición de converterse nunha nova escola deportiva no municipio de Oroso. Na presentación, o presidente de Tambre Bike, Amancio Espiñeira, estivo acompañado polo alcalde, Ma-

nuel Mirás; o concelleiro de Deportes, Luis Rey; e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, entre outros. Todos desexaron grandes éxitos a esta nova proposta e coincidiron en destacar que enriquece a práctica deportiva en Oroso e abre a posibilidade de que o concello acolla novas probas deportivas.


Crónicas - Marzo 2017

19

DEPORTES TENIS DE MESA

ATLETISMO

O Club Espedregada de Oroso recibe 6.000 euros de apoio da Deputación ao seu labor deportivo

David Santos, segundo nos 10 km en ruta de Galicia O corredor ordense David Santos Domínguez proclamouse subcampión no X Campionato de Galicia de 10 km en ruta, que máis de cen atletas disputaron en Padrón. Santos, do equipo Verxel Nutrición Deportiva, marcou un tempo de 30’ 34’’, cinco segundos máis que Lolo Penas, o gañador da proba. TERCEIRO NA MEDIA MARATÓN ATLÁNTICA Por outra parte, Santos rematou na terceira posición na Media Maratón Atlántica, na Coruña. O leonés Sergio Sánchez foi o vencedor desta competición cun tempo de 1h 03’ 27’’. Pedro Nimo foi segundo ao alcanzar a meta uns tres minutos despois. Santos detivo o cronómetro cunha marca de 1h 07’ 34’’.

Santos Domínguez, participando na proba de ruta en Padrón (RunPhotos Galicia)

O ordense marcou o terceiro mellor tempo na Media Maratón Atlántica da Coruña

PATINAXE Participaron escolares de Boimorto, Curtis, Mesía e o C.P. Oroso

Exitosa gala intermunicipal en Mesía O polideportivo de Olas (Mesía) acolleu a Gala de Patinaxe 2017, con máis de 170 participantes e unhas 300 persoas como espectadoras. Acudiron as escolas deportivas de Boimorto, de Curtis e de Mesía, máis o Club Patín Oroso. A gala non foi allea ás datas de entroido nas que se celebrou, de maneira que nas distintas coreografías os nenos e nenas saltaron á pista con diversos disfraces.

Intre da actuación do Club Patín Oroso na gala celebrada en Olas (Mesía)

Coreografía da escola municipal de patinaxe de Mesía, cos participantes disfrazados ao celebrarse a gala nas datas de entroido

Desde a esquerda, Leira, Malov, García e Rey, durante a sinatura do convenio

O club de tenis de mesa Espedregada de Oroso recibe 6.000 euros de colaboración económica da Deputación da Coruña para apoiar as súas necesidades de desenvolvemento da súa actividade deportiva durante os vindeiros meses. A achega figura recollida nun convenio de colaboración asinado hai uns días na sede da administración provincial polo deputado provincial responsable da área de Deportes, e alcalde de Cerceda, José García Liñares, e por Valeri Malov, representante da organización deportiva radicada en Oroso. No acto de sinatura estiveron tamén o deputado provincial de Economía e concelleiro en Oroso, Antonio Leira, máis o concelleiro ao cargo do departamento municipal de Deportes de Oroso, Luis Rey. En virtude do acordo, García Liñares explicou que “a Deputación contribuirá a financiar desprazamentos, arbitraxes e adquisición de material deportivo para un club cuxa división feminina conseguiu, en só tres anos de historia, ascender á Superdivisión, máxima categoría nacional do tenis de mesa, medíndose aos mellores equipos de España”. García Liñares non aforrou en eloxios á entidade, da que tamén destacou o “elevado nivel” e o “brillante palmarés deportivo” do seu equipo masculino principal, que actualmente compite en División de honor. 388 socios e moita afección Pola súa parte, Valeri Malov agracedeu o apoio económico da institución provincial para un club que conta actualmente con 388 socios e un amplo número de seguidores, o que fai que se incremente tamén a canteira de afeccionados a este deporte no municipio de Oroso. Xunto co Arteal de Santiago, o Club de Tenis de Mesa Espedregada de Oroso é o único equipo galego que conseguiu militar na Superdivisión en toda a historia do tenis de mesa galego.


20

Crónicas - Marzo 2017

DEPORTES ATLETISMO - XAVELINA

TAEKWONDO

Ángeles Rodríguez, ouro no campionato mundial veterano

Recoñecemento a Tania Gándara no Concello de Ordes

A atleta ordense Ángeles Rodríguez obtivo a medalla de ouro no XXI Campionato Mundial de Atletismo para veteranos, en concreto na proba de lanzamento de xavelina. A súa marca foi de 20,15 metros, por diante da australiana Ellena Cubban e da estadounidense Katrina Geurkink. Este campionato, que responde ao acrónimo WMAC 2017, celebrouse en Daegu (Corea do Sur), coa participación de máis de 10.000 atletas de 90 países. España acadou oito ouros, tres pratas e un bronce, o que lle permitiu situarse segunda no medalleiro, detrás de Australia. Rodríguez xa tiña no seu haber éxitos como o ouro nacional de xavelina en 2016, a prata no European Athletics Championships Indoor 2016, o ouro en lanzamento de peso e o bronce en salto de altura e 400 metros lisos no español de pista cuberta de 2016 ou o ouro no galego de pista cubierta, tamén de 2016.

A taekwondista ordense Tania Gándara Suárez foi recibida no Concello de Ordes, como recoñecemento aos seus logros deportivos. No acto, o goberno estivo representado polo alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, máis os concelleiros de Deportes, Ana Soneira, e de Cultura, José Manuel Mira. O alcalde explicou que quixeron recoñecer publicamente “o gran valor e a importancia do traballo realizado e os éxitos acadados pola deportista e tamén o club ao que pertence”, ademais de destacar a deportividade coa que se comportan e o orgullo que xeran na sociedade. Gándara agradeceu o recoñecemento con moita emoción e como un “apoio ao esforzo realizado ao longo destes últimos anos”. A deportista vese nestes momentos nunha etapa de “superación”, a causa das lesións dos últimos meses. Con todo, nas competicións máis recentes segue obtendo moi bos resultados. Entre

Ángeles Rodríguez, co ouro mundial

O Concello de Ordes felicitou a Rodríguez e destacou a súa exemplar capacidade de superación, por boca da concelleira de Deportes, Ana Soneira.

Tania Gándara e o alcalde de Ordes

eles, cabe destacar o bronce no Campionato de España Sénior disputado en Madrid. O Concello anunciou no acto a inmediata posta en marcha do novo ximnasio do polideportivo Campomaior, de 300 metros cadrados.

TAEKWONDO

ATLETISMO - XAVELINA

Prata para Carla Diéguez e bronce para Manuel Castro

Borja Barbeito, campión galego

Manuel Castro Rodríguez e Carla Diéguez Veiras, coas súas medallas

A ordense Carla Diéguez proclamouse subcampioa española de taekwondo na categoría cadete feminina -29. Competindo coa federación galega en Alacante, Diéguez Veiras só foi superada por

Amy Arina. No mesmo campionato español, o tamén ordense Manuel Castro Rodríguez acadou a medalla de bronce na categoría cadetes masculino en -33, competindo coa federación galega.

Borba Barbeito Gómez, atleta de Cerceda, proclamouse campión galego de lanzamento de xavelina, cunha marca de 65,51 metros. O campionato galego disputouse en Pontevedra. Supón un novo éxito para a traxectoria deste deportista.


Crónicas - Marzo 2017

21

DEPORTES PATINAXE Cuarta praza para o grupo grande e decimoquinto posto para o pequeno no desprazamento a Madrid

O Club Galia destaca no seu primeiro trofeo internacional O Club Galia de patinaxe, de Ordes, destacou coa participación no seu primeiro trofeo internacional. Para disputalo, desprazouse a Madrid. O grupo grande acadou a cuarta praza da súa categoría coa interpretación de ‘Baixo a súa pel’. O grupo pequeno logrou a decimoquinta posición poñendo en escea ‘Noite estrelada’. A proba supón serviulles de preparación para a tempada, coa cita destacada do Campionato Galego, este 9 de abril en Riazor (A Coruña).

EQUIPAMENTO Investimento de 193.000 euros, contando o arranxo do polideportivo

Comeza a funcionar o novo ximnasio a carón do pavillón do Campomaior Xa comezou a funcionar o novo ximnasio a carón do pavillón polideportivo do Campomaior, en Ordes. O investimento na nova infraestrutura superou os 193.000 euros, dos que un 58% foron achegados pola Deputación da Coruña. O novo equipamento ocupa unha superficie de 300 metros cadrados e dispón de acceso propio independente do polideportivo, o que facilitará o paso e a distribución dos usuarios. O Concello destina o novo ximnasio á práctica de actividades e cursos como o ioga, o ioga terapéutico, pilates, danza do ventre, ximnasia con material e para maiores, taekwondo ou exercicios hipopresivos. Agárdase que co ximnasio queden desconxestionados outros espazos que acollían ata agora estas propostas. O propio polideportivo tamén foi acondicionado dentro desta acción, ademais dunha achega duns 53.000 euros municipais, nesta caso para a cuberta e a dotación de máis luz natural. No chan conta cunha nova pista

Desfibriladores na piscina cuberta e no pavillón Castelao I

Concelleira e monitor, cun equipo

Xornada de tecnificación de taekwondo coa que se estreou o ximnasio

de vinilo, acorde ás normas da Federación Española de Patinaxe. Na fachada exterior colocouse unha nova chapa ondulada, á vez que se pintou o interior, melloraronse os aseos e as duchas, pintouse a pista coas marcas para tenis, fútbol sala e baloncesto, e melloráronse as impermeabilizacións e illamentos, xunto con outras instalacións básicas de electricidade,

fontanería ou carpintaría. Nas primeiras xornadas de apertura, celebrouse unha xornada de tecnificación de combate de taekwondo na que participaron decenas de rapaces e rapazas de diversas entidades deportivas. Acudiron a contemplala o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e a concelleira de Deportes, Ana Soneira.

O Concello de Ordes instalou desfibriladores en varias na piscina climatizada Iván Raña e o pavillón Castelao I, ademais de mellorar o de Vista Alegre. O goberno destaca que situou as novas áreas cardioprotexidas nos espazos máis concorridos. A instalación tivo un custo duns 5.000 euros. Están previstos cursos sobre o manexo das máquinas para integrantes de clubs deportivos e monitores. O BNG ordense lembrou que hai un ano propuxera instalar este tipo de equipos e apreza que se cumpre “a paso de tartaruga”. Agardan que coloquen na Casa da Cultura, a Escola de Música, o Concello ou a nave da feira do Mesón do Vento.


Crónicas - Marzo 2017

22

DEPORTES / OPiNiÓN SALVAMENTO E SOCORRISMO

ATLETISMO - CAMPO A TRAVÉS

Muíño, subcampioa de España

Bos resultados para o Castelao

Ana Muiño Raña, pertencente ao Club Natación Cerceda, proclamouse subcampioa de España júnior na proba de 100 metros de rescate de maniquí con aletas. Este campionato de salvamento e socorrismo celebrouse en

Bos postos para o alumnado do CEIP Castelao, de Ordes, no Campionato Provincial de Campo a Través do programa Xogade. O equipo alevín feminino foi quinto. Está integrado por Nadia González Vázquez, Patricia García

Castellón na derradeira fin de semana de febreiro, organizado pola Real Federación Española de Salvamento e Socorrismo. Outros integrantes do club tamén lograron resultados razoablemente positivos.

Pena, Antía Rey Raña, Julia Parcero Boo, Noa Rey Bravo e Helena Raña Seoane. En infantil masculino, Samuel Fariñas Fernández foi duodécimo dun total de 46 corredores. Cubriu os dous quilómetros nun tempo de 7’ 24’’.

Ferreiros dum mundo melhor Por Carlos Calvo Varela para Manolo, quem um dia nos falou, emocionado, do seu tio Atualmente existe un projeto vanguardista, chamado Open Hardware (opensourceecology.org), que deixa à livre disposiçom da gente planos para a autoconstruçom de maquinaria agroecológica. Esta ideia que agora parece novidosa e radical é a que, porém, venhem praticando os nossos ferreiros rurais desde tempos imemoriais. Quando a princípios do século XX grandes casas comerciais começam a vender vesos, os ferreiros galegos estudam os modelos das melhores marcas –como a Brabant-, copiam a sua tecnologia e ajeitam-na às necessidades locais , passando a fabricar os seus próprios arados de ferro com materiais mais baratos, até ao ponto de obrigar a indústria a baixar os seus preços se queria ser competitiva. Dito de outra maneira: os ferreiros praticavam a cultura livre e produziam maquinaria em código aberto. Mas nom só isso. A forja, para além de laboratório de tecnologia popular, também era umha sorte de laboratório social em tanto que espaço imprescindível da sociabilidade campesinha –especialmente no inverno, quando a forja era o local mais quente de toda a paróquia. Esta funçom de “centro social” da forja, lugar de reuniom e debate, fazia do Ferreiro um personagem mui importante para a comunidade, e para a propagaçom dos proje-

tos emancipatórios. O sociólogo Max Weber já advertira como na campinha inglesa, a meados do século XIX, os tories (a “direita”) se assentavan em notáveis locais como os terratenentes e os cregos, mentres que os wighs (a “esquerda”) se organizava através de pessoas como “o Ferreiro, o xastre, o cordeleiro, isto é, todos aqueles artesáns que exercem umha influência política porque falam com muita gente”. Tal deveu ser o caso do Ferreiro de Vila Maior, Manuel Sanjurjo Varela. Com a proclamaçom da II República española deu-se um processo generalizado de autoorganizaçom popular a todos os níveis (organizaçons políticas, sindicais, agrárias, culturais, desportivas, et cétera) que também chegou a Vila Maior. Da mao do mestre Juan Bascoy, natural de Ortigueira, botam os cimentos do Partido Socialista na paróquia, organizaçom que, na altura, era abertamente anticapitalista e revolucionária. Igualmente, os labregos organizam-se na Sociedad Agraria de Villamayor, Olas y parroquias limítrofes, constituída ao abeiro da Lei do 8 de abril de 1932. Desta maneira começam a trabalhar contra a desigualdade social, numha paróquia com muitos caseiros ainda, e pola melhora das suas condiçons de vida. No âmbito cultural, a efer-

vescencia do momento também se verifica em Vila Maior com a participaçom dos seus vizinhos na Agrupación Musical de Órdenes criada em 1932: nela o Baixo de Adrám tocava a tuba, e Manuel Calvo Martínez, do Penhasco, o tambor. No Primeiro de Maio de 1934 festejou-se pola primeira vez em Ordes o Dia Internacional da Classe Trabalhadora, com uns atos organizados a iniciativa de jovens galeguistas e socialistas apoiados polas sociedades agrárias. Após superar as muitas trabas que lhe pujo o governo de direitas, conseguem fazer umha festa popular em que contarom com a presença de Ramón Suárez Picallo. A crónica do periódico Raza Celta. Órgano del Comité Autonomista Gallego de Montevideo nom detalha a participçom por paróquias, mas é fácil imaginar que estariam os de Vila Maior. Onde aparecem, e destacados, é nos festejos na vila polo aniversário da República, efetuados no 14 de abril de 1936. Desta manifestaçom deixou dito Manuel García Gerpe que “fue la mayor demostración cívica que se recordaba. Miles de personas recorrieron las calles de Órdenes. De Villamayor había descendido la parroquia casi en su totalidad portadora de los estandartes y carteles indicadores de las peticiones que elevaban a las au-

toridades. Parada seguía en importancia y, de todos los lugares se había concentrado imponente gentío. […] Al frente de la manifestación iban las banderas republicana, gallega, socialista y comunista”. Eram momentos doces para os trabalhadores de Vila Maior; em março formara governo a Frente Popular de Ordes, e eles estavam representados polo concelheiro socialista da Ameixeira Pedro Gómez Gaudeoso. A finais de mês ja estava aprovado, entre outras melhoras, o projeto de construçom dumha escola mista para as nenas e nenos de Vila Maior, mas entom chegou o fascismo. O mestre Juan Bascoy sobreviveu ao fugir polo monte, sendo suspendido de emprego e soldo até 1958; Manuel Moar Cao foi assassinado, e Manuel Sanjurjo Varela, ferreiro dum mundo melhor, torturado até à morte. Nós nom esquecemos, Galiza nom esquece.

Quen queira achegar máis información, datos ou recordos sobre estes temas pode escribir ao autor ao seguinte enderezo: Carlos Calvo Varela CP de Villabona 33422 Llanera Asturias


Crónicas - Marzo 2017

23

OPiNiÓN

El sector textil de Ordes y su comarca Por María Esther Couto Rivas De aquellos polvos estos lodos, que rico es el refranero español para ilustrar la vida cotidiana. Para hablar de los polvos en el sector textil de la comarca de Ordes hay que echar mano de la memoria histórica local e ir a los tiempos, allá por el año 1959, en que nacía la Fábrica de Viriato, en una comarca fundamentalmente agropecuaria aparece esta fábrica textil convirtiéndose en un referente y motor para el desarrollo del proceso industrial posterior y para la incorporación de la mano de obra femenina a la fábrica. Y paralelamente mano de obra sumergida, una estampa típica eran aquellas mujeres que salían con esos bultos de “remate para casa”, trabajo que realizaban robando horas al sueño, a la familia y en definitiva a ellas mismas. Estos son los primeros polvos del textil. Cuando el Grupo Viriato entra en crisis, se producen los primeros despidos y algunas de esas mujeres que habían trabajado en la fábrica abren talleres auxiliares dando comienzo al desarrollo del sector textil en la co-

marca con una importante incorporación de la mujer al mundo laboral, con bajos salarios, muchas horas y, conocemos ejemplos, incluso, de mujeres que tienen que abandonar la vida laboral por enfermedades derivadas del ejercicio profesional. El sector iba aumentando con el auge económico. Incluso en el año 2002 hay estudios universitarios, como el divulgado en el Congreso Galego de Economía, que arrojaban datos como los siguientes: en la comarca de Ordes funcionaban en ese momento un total de 64 empresas entre comercializadoras, confección, géneros de punto, manufactureras, cooperativas y autónomos. Empleaban a 1.200 mujeres e indirectamente a otras 1.200, la mayoría en la economía sumergida. Ya en esos momentos se alzaban voces buscando planes de viabilidad del sector. Si sobre el año 2014 aparece un proyecto llamado Nudo Logístico de Ordes, con anterioridad se había intentado en el Polígono Industrial de Ordes crear un centro común de gestión de servicios básicos que aglutinaría a todas las em-

presas, pero la idea no prosperó. Incluso había voces que decían que el problema del textil de Ordes era la falta del salto a una mayor especialización en la calidad de producción y se reclamaba mano de obra especializada, en los talleres de punto eran muy demandadas las remalladoras. A lo largo de todos esos años a la comarca llegó mucho dinero público de las distintas Administraciones Públicas y de UE para cursos de formación, para planes estratégicos, de comunicación, etc, incluso dinero para salvar algunas empresas (recordemos las ayudas a Viriato, en 2013, 2015). ¿Dónde esta ese dinero? ¿Alguien calculó el montante de dinero público que se invirtió en el sector textil? Dinero que llegaba a las empresas para cursos de formación, y en alguna de ellas, remarco algunas, cuando la mujer se sentaba ante la máquina para iniciar el curso de formación, a su lado se dejaba una nota, no para tomar apuntes destinados a su formación, sino para producir, pues esos cursos no tenían formadores externos ni controles exter-

nos a la empresa. Y vuelvo a recalcar que esto ocurría en algunas empresas pero las perjudicadas eran las mujeres, que se formaban a base del día a día. En este momento pasan al paro trabajador@s muy formad@s sin expectativas de empleo en esta comarca. Y de aquellos polvos estos lodos porque durante el auge económico los poderes políticos no se preocuparon de pensar en el futuro, y fuimos tirando hasta que nos barrió poco a poco la deslocalización del sector textil hasta llegar al actual desierto laboral y económico. Aplaudo al Sr. Alcalde y a los dirigentes políticos por colocarse detrás de la pancarta en la manifestación. Y más fuerte aplaudiríamos todos si cuando dejan la pancarta esa misma iniciativa la tomaran delante de la Xunta, del Gobierno Central, delante de todas las instituciones que nos pueden ayudar. Dejémonos de preguntas parlamentarias, de ruegos, y pasemos a la acción pues una vez que se acabe el subsidio de desempleo quiénes se van a poner detrás de la pancarta.

Os paxariños da Alameda Pregúntanse na roseira de onde viñeron os traizoeiros ventos do inverno, eses que revolveron pólas, follas e flores. Os máis pánfilos pensan que son aves propias causando ciclóns internos. Ata aproveitaron para picar unhas nas outras, na máis estricta das súas tradicións. Non son quen de ver máis aló dos seus picos (e vaia picos!) e búscanse a súa mesma ruína, para ledicia allea.

Claro que hai algunha ave máis perspicaz, e outras que houbo e que sempre o foron, que sabe que os ventos son de fóra. Ventos tan potentes que causan correntes de aire silenciosas e tóxicas, que levan máis do que traen. E aínda así esta vez ignoran se soplaban desde o Piñeiro ou desde a Mariña. Chegará o día en que se dean conta de que pode haber procedencias simultáneas, pero unha soa infiltración. Allea.

O caso é que son aires que van máis rápidos que os seus propios movementos, que tiran a flor antes de que agrome, sen que o xardineiro se dea conta. É máis, o paxaro que pensaba pousarse tras os ventos viuse de súpeto piando no aire, sen sustento, sen contacto coa terra, nun xesto ridículo. Se tan sequera tivese uns biscoitos para o trance, como tiñan os elementos colaterais...

A tensión foi tanta que a bandada vai estar unha boa tempada revolta, facendo preguntas existenciais, mirando de reollo a calquera que pase, desconfiando ata o día do xuízo final. Quen mellor coñece o xardín xa avisou de que hai que plantar de novo. Pero nin está en condicións de facelo nin ve que haxa plantas novas nin fertilizante abondo. E aínda hai quen se empeña en regar con sangue...


Crónicas

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Tameiga. Peche de edición: 23-03-2017. Depósito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com

ÁLBUM Algunhas das imaxes máis significativas das celebracións do entroido nos municipios da contorna

A comarca esquece as amarguras co entroido En Ordes, as dúas principais citas do entroido foron a Tarde de Entroidada e o Sábado de Piñata. A primeira, celebrada no martes de entroido, reuniu centos de persoas no pavillón Campomaior, con xogos, obradoiros e música. O concurso do sábado foi moi seguido nas rúas da vila, cun desfile con centos de participantes. Repartíronse máis de 4.000 euros en premios. No Concurso de disfraces de Oroso, a comparsa gañadora foi ‘O mundo exipcio’, mentres que o primeiro premio en grupos foi para ‘A ghata ruín da prada’. O certame entregou tamén premios individuais e en categoría infantil. Á vez, tamén se desenvolveu un concurso de receitas de entroido, que gañou Francisco Javier Martínez, coa elaboración dunha escuma de grelos con lacón. En Trazo, unha das celebracións máis destacadas do entroido foi a corrida do galo en Restande. En Tordoia, resultaron significativas a festa do martes de entroido no pavillón, con máis de 350 persoas e moita diversión, e a celebración no Punto de Atención á Infancia, con disfraces e doces achegados polas familias.

A Festa do Entroido de Mesía encheu o polideportivo municipal en Visantoña con persoas de todas as idades. Como é habitual, ofreceuse un desfile de disfraces non competitivo, xogos, obradoiros, agasallos e chocolatada.

O concurso de disfraces de Frades tivo como gañadores na modalidade de comparsa ‘O bosque animado’. A celebración tivo lugar no polideportivo municipal na Pontecarreira.

Os nenos e nenas foron os grandes protagonistas das celebracións municipais de entroido en Cerceda, cunha festa no pavillón á que case todos acudiron disfrazados e que ofreceu atraccións, obradoiros e doces.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.