Crónicas
Dr. Teixeiro 13, 3º - 15701 SANTIAGO Telf: 881 97 83 70 pilar-leis@leis-negocios.com
Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 3 - Marzo de 2014
www.leis-negocios.com
Malestar entre os usuarios polos cambios no transporte do 065 Os cambios acometidos pola Xunta no servizo 065, de transporte adaptado a persoas con diversidade funcio-
nal están causando un forte malestar entre os usuarios da comarca. Ademais de limitar as posibilidades de
desprazamento, deixa de ser totalmente gratuíto. O goberno autonómico fala de remodelación para optimizar e
mellorar o servizo, mentres que a oposición crítica que o novo recorte prexudique aos Páx. 9 máis débiles.
CERCEDA
O centro de día e residencia entra en funcionamento Páx. 9
ORDES
O Lacón con Grelos do Mesón abre a primavera festiva Páx. 18
COMARCA
Un PAC en Sigüeiro? De momento, non.
A reparación da N-550 beneficia só a treitos puntuais Páx. 5
ORDES Páx. 2
Remanente de case 1,2 millóns de euros ao remate de 2013 Páx. 2
ORDES
Marín rexeita dimitir e non admite “leccións de ética”
Páx. 3
COMARCA
En 2013 só se venderon 111 vivendas en toda a comarca
Páx. 11
OPINIÓN
Tribuna sobre a anulación do ‘céntimo sanitario’ Páx. 23
Crónicas - Marzo 2014
2
Actualidade ORDES
OROSO Para cando mellore a situación económica
MESÍA
O Concello rematou 2013 pagando en prazo e cun remanente de 1.182.000 euros
Mirás apraza a reivindicación de facer do centro de saúde un PAC
Convocan as axudas municipais para nacementos e adopcións de 2014
O exercicio económico de 2013 no Concello de Ordes rematou cun remanente de tesourería positivo e cun incremento do aforro neto. Así o detallou o propio alcalde en pleno. Manuel Regos expuxo que “como se adoita dicir vulgarmente, sobraron 1.182.000 euros”. O remanente é o resultado de sumar o diñeiro que o Concello ten en caixa e en bancos, máis os dereitos pendentes de cobro, e restarlle a esa cifra as obrigas pendentes de pago. Regos sacou peito cos datos e manifestou que esta situación “nunca pasara en Ordes desde hai moitos anos”. Para redundar na idea, indicou que no exercicio pasado se acadou un aforro neto do 16%: “aforramos uns 650.000 euros e a débeda cada paso é menor”, dixo o alcalde. Despois de varios anos con dificultades económicas e financeiras, que aínda non están plenamente solventadas, o rexedor ordense afirma que “cumprimos o decreto de estabilidade orzamentaria” imposto polo goberno central e tamén o plan de saneamento aprobado en 2009. En anos anteriores, os propios técnicos municipais advertiran de que non se estaba respectando totalmente ese acordo. Regos incidiu en que agora “cumprimos todos os parámetros” e detívose especialmente no pagamento das facturas, que é quizais o termómetro máis significativo deste aspecto a nivel de rúa. O alcalde asegurou que á altura do 21 de decembro de 2013 os pagamentos estaban “ao día” e que a media está “en 27,9 días”, cando o tope fixado pola normativa é de 30 días. Os datos da liquidación foron ofrecidos polo alcalde ao comezo do pleno, no apartado de informes. Por esta razón, e quizais tamén polo escaso tempo de reacción que lles ofrece a dinámica da sesión plenaria neste punto, ningún dos representantes da oposición comentou a información, que agardan corroborar analizando os documentos técnicos.
Visita da conselleira de Sanidade ao centro de saúde de Sigüeiro
Oroso non insistirá polo de agora en que o novo centro de saúde de Sigüeiro se transforme nun Punto de Atención Continuada (PAC). O alcalde, Manuel Mirás, anuncioulle á conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, que o goberno municipal non renuncia ao obxectivo de contar cun servizo de urxencias as 24 horas, que ofreza servizo tamén a veciños de municipios limítrofes. En cambio, o rexedor admitiu “ser consciente da situación económica actual, polo que deixamos esta reivindicación para tempos economicamente mellores”. A intención do alcalde agora é que as instalacións “teñan cantos
máis usuarios mellor” para sumar máis médicos, máis servizos e conseguir así que o centro de saúde abra tamén polas tardes. Estas declaracións producíronse no marco da visita da titular de Sanidade ao Concello, onde Rocío Mosquera asinou no Libro de Honra. Na visita, que na súa maior parte transcorreu no centro médico, estivo acompañada polo director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, Félix Rubial; e polo xerente de Xestión Integrada de Santiago, Luis Verde, ademais de diversos integrantes da corporación municipal.
Toda a atención primaria, por teléfono A visita das autoridades sanitarias a Oroso debeuse á posta en funcionamento das consultas telefónicas en todos os profesionais da atención primaria, do mesmo xeito que xa facían os médicos de familia desde o pasado mes de decembro. Rocío Mosquera aprezou un “alto grao de satisfacción entre os pacientes que se acollen a esta modalidade de consulta”, e tamén dos profesionais. A titular de Sanidade lembrou que os cidadáns son quen deciden se queren ou non unha consulta telefónica cando piden a cita. A ampliación a todos os profesionais de primaria incremantará o número de usuarios desta modalidade, agora uns 3.500 en toda Galicia.
Crónicas
A consulta telefónica pode efectuarse pola existencia do historial clínico electrónico, de modo que o persoal de atención primaria coñece todos os datos do doente á vez que o atende, aínda que sexa por teléfono. Resolver dúbidas, recibir resultados de probas, renovar tratamentos, ou apoiar coidadores de pacientes crónicos son algunhas das consultas telefónicas máis habituais. Segundo destacou a pediatra do centro de saúde de Oroso, a consulta telefónica serve para “regularizar” un traballo que xa estaban facendo, sobre todo en educación para a saúde. Tamén o persoal de enfermería viu unha boa oportunidade para o seu traballo, segundo a Xunta.
Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.
As axudas do Concello de Mesía por nacementos, adopcións ou acollementos que se produzan durante calquera data 2014 xa se poden solicitar desde o pasado 20 de marzo. Consiste nun pago único de 300 euros por criatura e é compatible con calquera outra axuda doutras administracións para o mesmo fin. Como en convocatorias anteriores, poden solicitar unidades familiares con residencia habitual en Mesía. Cando menos un dos proxenitores ten que ter unha antigüidade mínima de dous anos no padrón municipal. A concesión da axuda obriga a manter o empadroamento durante dous anos. As solicitudes pódense presentar ata o 31 de decembro, acompañando diversa documentación. Serán avaliadas por Servizos Sociais para decidir a concesión.
ORDES
O BNG pregunta polo corte da electricidade no Museo do Traxe O BNG ordense interesarase no vindeiro pleno polo corte da subministración eléctrica no Museo do Traxe, no que ademais se produciu unha explosión que lle ocasionou queimaduras leves na cara ao electricista da empresa Cobra que manipulaba o cadro eléctrico, segundo os nacionalistas. O portavoz do Bloque, Ramiro Recouso, atribúe a interrupción do servizo á “falta de pagamento” a Gas Natural Fenosa. Critica tamén a xestión do Museo do Traxe, que estaría xerando un déficit de case 54.000 euros anuais, segundo os datos do Concello que manexa. Por eso, ademais de explicacións sobre o suceso no corte da luz, os nacionalistas insistirán en pedir cambios na xestión do Museo, no que unha empresa estaría cobrando 1.500 euros mensuais por dirección e asesoramento.
Se quere recibir Crónicas de balde no seu correo electrónico, pídao en cronicas.comarcadeordes@gmail.com
Crónicas - Marzo 2014
3
Actualidade ORDES Tras levantarse o segredo de sumario da Pokémon, o pleno pide de novo a dimisión da tenente de alcalde
Marín: “poucos me poden dar leccións de ética” A maioría da corporación insiste, pero o goberno de Ordes non cede e aspira a resistir os embates, os que viñeron e os que quizais veñan. Tras o levantamento do segredo do sumario xudicial da operación Pokémon, a tenende de alcalde, imputada neste caso, rexeitou dimitir, pese ao acordo plenario que pedía a súa marcha e a do alcalde. Foi unha proposta do BNG (dous concelleiros), respaldada polos seis edís do PP e a portavoz de CIDEGA, e rexeitada polos sete integrantes do grupo de goberno (UXO) e polo único representante do PSOE. Tras coñecer as declaracións da tenente de alcalde ante a xuíza, os nacionalistas fundamentaron a petición do cese por estar involucrada nun presunto delito de tráfico de influencias e noutro de cohecho. Para o BNG, as revelacións xudiciais demostran que Marín lle solicitou a Sermasa, filial do Grupo Vendex que obtivo o contrato da gardería municipal, a contratación de varias persoas, entre elas a compañeira sentimental do concelleiro de Cultura e unha persoa supostamente vinculada coa portavoz de CIDEGA. O Bloque tamén ve desvelado que a man dereita do alcalde lle tería ofrecido a Vendex que se presentase, co prazo xa vencido, ao concurso polo servizo de axuda no fogar da Mancomunidade. “RECOMENDAR NON É SÓ ENCHUFAR” Marín evitou entrar nos pormenores do caso por consello do seu letrado e dun informe elaborado polo avogado que asesora o Concello, que ela mesma leu no pleno e que sostén que darlle publicidade ás declaracións xudiciais podería ser “prexudicial para a investigación”. Non obstante, a tenente de alcalde despregou toda a súa defensa no plano político. Asumiu para si toda a relación coa empresa do Grupo Vendex, tratando de desvincular ao alcalde, e negou prácticas de enchufismo na gardería botando man do diccionario: “sinónimo de recomendar non é só enchufar, senón tamén aconsellar ou propoñer”. Afirmou que na escola infantil segue traballando o mesmo persoal que cando era de xestión pública directa “agás as dúas persoas que substituíron o cociñeiro”. A tenente de alcalde advertiulles aos seus opoñentes de que “poucos dos dezasete compañeiros da corporación, poucos, me podedes dar a min leccións de ética”. Afirmacións que foron aplaudidas por unha parte do público do pleno, para o que as distintas formacións políticas mobilizaron seguidores.
“O xulgado é o que ten que dicir se houbo ou non tráfico de influencias” “Silvia conta coa miña confianza e do goberno” “Estaremos aquí ata que nos boten os veciños” Manuel Regos, alcalde de Ordes (UxO)
“Poucos dos compañeiros da corporación me poden falar de ética” “Non roubei nada nin lle pedín nada a ninguén” “Sempre tratei eu e só eu co responsable de zona de Sermasa” Silvia Marín, tenente de alcalde (UxO)
“Non prexulgamos a ninguén, pero tampouco imos darlle unha patente de corso” “A súa dimisión depende da súa ética, non do resultado do pleno ou de ter sido imputada” José Luis Martínez, portavoz do PP
“Non somos quen de xulgala penalmente, pero politicamente os seus actos son motivo de dimisión. Queda claro que usou o seu cargo para favorecer a determinadas persoas” Ramiro Recouso, portavoz do BNG
“Só estamos de acordo en pedir a dimisión de calquera edil se se lle abre un xuízo oral, porque moitos imputados saen exonerados de toda culpa ao remate da investigación xudicial” Xesús Pedreira, portavoz do PSdeG-PSOE
“Non imos valorar este proceso ata que haxa algo en firme, pero quero que quede claro que nin lle pedín nada a este goberno nin o goberno me pediu nada a min” Ana Álvarez, portavoz de CIDEGA SEN PATENTES DE CORSO E é que a premisa ética foi a argamasa coa que PP e BNG construíron a súa argumentación. O portavoz do PP, José Luis Martínez Sanjurjo, manifestou que “non prexulgamos a ninguén nin buscamos condenas de telexornal, pero tampouco imos darlle un voto de confianza nin unha patente de corso porque os veciños están fartos das súas estratexias de ocultacións e enganos e da súa forma de xestionar os recursos públicos”. Martínez, que tamén lle repro-
bou a Marín que “queira facer que creamos que o alcalde non estaba ao tanto dos movementos da tenente de alcalde”, manifestou o seu respecto polo proceso xudicial, pero á vista dos feitos revelados polo sumario emprazou á número dous do goberno local a “recoñecer que se trabucou, pedirlle desculpas a todos os veciños e alonxarse da gran mentira en que se convertiu este asunto”. “O único modo admisible para nós -agregou- é presentando a súa dimisión”. O voceiro do PP insistiu en que
“depende da súa ética, da súa moralidade, neste momento ou cando sexa, non do resultado dun pleno que non conduce a ningún sitio nin de ter sido imputada hai un ano”. “ATA QUE NOS BOTEN” Marín interpretou esta intervención como un “váiase” e observou que o PP “vai ser o gran beneficiado” desta polémica. Nunha liña similar, ao comezo da sesión o alcalde respaldara á súa portavoz acusando á oposición de “usar a política para todo, sexa institucional ou persoal”. Manuel Regos coida que “as persoas que traballan sóbranlles e por eso intentan botalas fóra”, en referencia a Marín. Insistiu en que ten que ser o xulgado “o que diga se houbo ou non tráfico de influencias ou roubo”. E advertiu de que “se nos temos que ir irémonos todos, pero mentres tanto fomos elixidos polos veciños e estaremos aquí ata que nos boten fóra nas próximas eleccións”. ÁLVAREZ E PEDREIRA Das formacións minoritarias, destaca que Ana Álvarez (CIDEGA) se ratificou na petición de dimisión de cargos imputados de hai un ano e ademais aseverou que “nin lle pedín nada a este goberno nin o goberno me pediu nada”, en alusión ao suposto enchufe dunha persoa vinculada a ela a cambio de respaldarlle os orzamentos ao goberno. Álvarez precisou que por aquel entón “a persoa da que se fala non tiña ningunha relación de parentesco comigo”. Unha controversia colateral no pleno suscitouna o posicionamento do PSOE, opoñéndose á dimisión de Marín. O seu portavoz, Xesús Pedreira, defendeu o criterio do partido de pedir ceses unicamente cando se abra xuízo oral. Pedreira, que reiterou a súa proposta dun código deontolóxico de hai un ano, expuxo que hai políticos imputados que ao remate do proceso xudicial saen “exonerados de toda culpa”, sen posibilidade de repararlles o dano causado. Para PP e BNG, a contradición de Pedreira é evidente, xa que nos plenos de abril e maio de 2013 si votara a favor de pedir a dimisión de cargos imputados. Pedreira recoñeceu que “a actitude do PSOE era votar en contra, pero para favorecer a unanimidade votamos a favor”. Aduce que naqueles plenos defendera limitar as dimisións á apertura de xuízo oral, pero sumouse aos demais grupos ao ver que o propio goberno, en abril de 2013, tamén apoiaba a dimisión de imputados. Aos poucos días, tras coñecerse a imputación de Silvia Marín, o executivo quixo cambiar o acordo.
Crónicas - Marzo 2014
4
Actualidade ORDES
OROSO Un equipo interviu en rúas, estradas e camiños das distintas parroquias
Medio Ambiente pediralle a Audasa a erradicación da herba da pampa na AP-9
O Concello aproveita o bo tempo para o asfaltado de pistas municipais
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas pediulle ao Ministerio de Fomento que se aplique un plan de erradicación da chamada herba da pampa na autoestrada AP-9. A petición partira do pleno municipal de Ordes, a raíz dunha proposta presentada polos socialistas e aprobada por unanimidade. O edil do PSOE ordense, Xesús Pedreira, explica que se trata dunha “especie invasora que se expande con facilidade e que está invadindo terras de labradío, obrigando aos propietarios a gastar tempo e cartos” para eliminala. O xeito máis efectivo de conseguilo é a utilización de herbicidas. Segundo os socialistas, o escrito que a dirección xeral de Conservación da Natureza lle trasladou á dirección xeral de Carreteras de Fomento pide eliminar a planta tanto dos noiros e medianas da AP-9 como dos terreos colindantes, dentro das zonas de servidume do vial.
En canto deixou de chover auga, comezou a chover alcatrán. Múltiples rúas, estradas e pistas de Sigüeiro e das diversas parroquias de Oroso víronse beneficiadas por unha actuación urxente do Concello para tratar de eliminar as innumerables fochas que a meteoroloxía creou ou agrandou nun inverno tan intenso como o pasado. Os traballos prolongáronse durante varios días. Comezaron nas inmediacións da capital municipal, e tanto o alcalde, Manuel Mirás, como o concelleiro de Vías e Obras, Eduardo Veiras, acudiron a presenciar como a grava e o rego asfáltico tapaba os primeiros buratos. O rexedor explicou que trataron de “aproveitar a tregua que nos dá a meteoroloxía para tratar de tapar todas as fochancas que poidamos nas vías municipais e paliar no posible os cuantiosos danos producidos”. Mirás asegurou que antes dos días de bo tempo cos que rematou o inverno non lles foi posible acometer as reparaciónss. O Concello indicou que
Camión do lixo
O equipo de asfaltado de Oroso interviu nos principais buratos da rede viaria local
o equipo contratado estivo operativo un mínimo de tres xornadas, sen especificar o custo total da intervención. MANTEMENTO EN ORDES En Ordes, o PP reclamou un rebacheo xeralizado en pistas e rúas.
Lavado de rúas
Camión basura
A portavoz do goberno, Silvia Marín, calificou de “moi bo” o mantemento das infraestruturas municipais nos últimos meses, tendo en conta o mal tempo. A concelleira indicou que “o máis acuciante xa se resolveu” e comprometeuse a reparacións xeralizadas coa mellora meteorolóxica.
Transporte de residuos
GRUPO
Camión RSU
Tractor desbroce
Portobrea nº 3. Queixas - 15186 CERCEDA Oficina: 981 693 072 / 639 200 204 - correo@grupocercedasol.es Taller: 981 693 026 / 608 982 888 - www.grupocercedasol.es
Movemento de terras
Xestión de punto limpo
Camión lavacontedores
Barredora
Crónicas - Marzo 2014
5
Actualidade COMARCA Fomento arranxa unicamente os treitos de maior deterioro
MESÍA
Así queda a estrada N-550 na comarca
O goberno detalla case medio millón de euros en investimentos en obras para 2014
destroza-coches. Unha das voces disconformes é a do alcalde de Oroso. Manuel Mirás cre que a actuación xeral na estrada é positiva, pero bota en falta que Fomento repare tamén as vías paralelas de servizo, segundo di “intransitables”.
Treito da estrada N-550 na entrada a Sigüeiro desde Santiago
Alivio. É o que senten os sufridos usuarios habituais da estrada N-550 ao seu paso pola comarca, despois dos remendos que lle aplicou o Ministerio de Fomento ao vial. Tras anos de deterioro progresivo, que chegou ao seu extremo no pasado inverno, a administración botou por fin man da estrada e procedeu a un arranxo parcial, nalgúns puntos en peor estado.
De momento, interviron só entre Sigüeiro e Santiago. Non foi a intervención integral que calquera podería considerar idónea, xa que as arcas públicas non parecen estar para semellante alegría. Pero cando menos elimináronse as fochas de maior tamaño e varios tramos prolongados repletos de irregularidades que xa se convertiran en
AVENIDA DE ORDES No que respecta a Ordes, o PSOE presentou no Congreso unha proposición non de lei para que Fomento repare o firme da N-550 ao seu paso polo núcleo urbano e que acondicione as beirarrúas que a bordean, tan estreitas en varios puntos de Alfonso Senra que incumpren a legalidade vixente. Xesús Pedreira, o concelleiro socialista, expón que en varias ubicacións os peóns vense obrigados a baixar á calzada, algo imposible para quen se desprazan en cadeira de rodas. E sobre o firme, afirma que as placas de cemento que o compoñen están moi deterioradas, con roturas e variacións de nivel. Os socialistas alegaron ante Fomento que as peticións que efectúan melloraría a seguridade de tráfico rodado e peonil.
O Concello de Mesía ten consignado case medio millón de euros para investir en obras durante este ano 2014. En concreto, son 494.220 euros os que prevé utilizar neste cometido, sen descartar novas cantidades a maiores que consiga obter en axudas e plans doutras administracións. A maior parte do investimento destínase ás infraestruturas viarias, con actuacións en máis de trinta camiños de diversas parroquias. Ademais, o goberno liderado por Mariano Iglesias (PSOE) reserva 100.000 euros -dentro dos 494.000- para repoñer infraestrutura ao longo do ano “en función das necesidades que xurdan”, asegura. Outras obras previstas son o arranxo do local social de Boado, o acondicionamento da contorna dun lavadoiro en Olas, melloras no campo de fútbol de Visantoña, a pavimentación do campo da festa de Visantoña ou un proxecto de abastecemento en Xanceda.
ORDES Todas as forzas políticas crean unha mesa de traballo para buscar solucións
ORDES
Ordes intenta implicar a Cerceda para presionar pola estrada de Mercurín
O PP consegue que o goberno se comprometa a reparar os accesos a Morgade
Presionar todos xuntos. É a imaxe que se impón de portas para fóra na procura dunha solución ao calamitoso estado da estrada entre Ordes e Cerceda ao seu paso por Mercurín. Noutra volta de rosca sobre o tema, o pleno ordense decidiu por unanimidade, sobre a base dunha proposta do BNG, crear unha “mesa de traballo” coa que intentar obter na Xunta un compromiso de arranxo. Na mesa estarán representadas todas as forzas políticas. E a maiores deixan a porta aberta á participación do Concello de Cerceda, que segundo o alcalde de Ordes está barallando tamén solicitarlle á administración autonómica que asuma a titularidade do seu tramo. O goberno ordense non estaba inicialmente disposto a abordar a iniciativa do Bloque. Manuel Regos argumentou que “estamos en conversas coa Xunta e creo que non procede neste momento”. Pero os demais grupos posibilitaron o debate, os nacionalistas aceptaron retirar parte da proposta inicial e ao final
A pista que comunica o Mesón do Vento con Morgade (Ardemil) xa está oficialmente na axenda do goberno de Ordes. O pleno aprobou por unanimidade unha proposta do PP para o seu arranxo. Nos seus case 900 metros, presenta un trazado moi deteriorado, con fochas, capa de rodadura deteriorada, ausencia de cunetas e invasión das pólas das árbores nas marxes do treito inicial. O concelleiro José Manuel Gestal (PP) pediu unha reparación inicial básica para facilitar a circulación. E a medio prazo propuxo elaborar unha memoria técnica que cuantifique o custo da obra de ampliación da pista, para incluíla nun plan provincial ou nos orzamentos municipais. O alcalde, Manuel Regos, concordou en que é unha intervención “moi necesaria”, comprometeuse a encargar a memoria e un proxecto, e advertiu de que ensanchar o vial precisará expropiar algúns terreos.
Un dos socavóns que presenta o vial
chegouse ao acordo unánime. O debate discorreu por camiños xa bastante trillados. O rexedor defendeu que “o único interese é que a estrada a arranxe quen a estropea”, aludindo a Sogama, que desde hai semanas ten vetado o paso dos seus camións por ese vial. Regos insistiu en que Ordes pola súa conta
non pode acometer o arranxo: “faría falta o plan de obras de cinco anos, deixando de investir nas demais parroquias”. E aproveitou para acusar de novo ao PP local de boicotear o proxecto “pola porta de atrás” da Xunta: “sei como actúan porque eu estiven aí tamén”, relatou. O portavoz do PP, José Luis Martínez Sanjurjo, reiterou a súa oferta para “interceder” ante a Xunta para acadar “un proxecto máis acaído” a tempos de crise que os arredor de 2 millóns previstos nun principio. O que non admitiu foron as acusacións de boicot do alcalde “sen fundamento nin criterio, porque non o fixemos nunca nin o faremos xamais”, aseverou o líder da oposición. Do BNG, destaca que Ramiro Recouso propuxo de novo manter a titularidade municipal da estrada e destinar a ela os 1,2 millóns de remanente de tesourería de 2013. Polo PSOE, Xesús Pedreira anunciou unha iniciativa no Parlamento de Galicia para que Sogama colabore no mantemento da estrada.
Crónicas - Marzo 2014
6
Actualidade
COMARCA
FRADES
Aurelio Garea asume o liderado dos socialistas de Frades
O PP reúne en Ordes os seus representantes en Santiago Sur
Integrantes da nova dirección do PSOE de Frades, con Francisco Caamaño
Alcaldes e portavoces municipais do PP na zona, con Negreira e Calvo
A Agrupación Socialista de Frades acaba de renovar a súa executiva local, que agora encabeza Aurelio Garea Portos, que cumpre este ano 41 anos. A elección como secretario xeral foi unánime. O presidente da agrupación é Juan vilariño, con Antonio Mosquera como secretario de Organización e Jesús Iglesias como secretario de Política Municipal, entre outros. Garea agradeceu o labor da executiva saínte e fala dunha
O PP reuniu en Ordes aos seus alcaldes e portavoces municipais no partido xudicial de Santiago Sur. Ao acto acudiron o presidente do partido na provincia, Carlos Negreira, e o secretario provincial de organización, Diego Calvo. Negreira animou aos seus compañeiros e destacou a que considera capacidade da súa organización para “crecerse ante as adversidades”. Lembrando o ataque con explosivos ao local do PP ordense
“nova etapa” de “ilusión” e “responsabilidade” para o PSdeG fradense. Prometeu estar “ao servizo dos veciños” na procura de solucións aos problemas do municipio. A nova dirección local recibiu a visita do secretario provincial dos socialistas coruñeses. Francisco Caamaño animounos a traballar “escoitando á veciñanza” para conformar “unha alternativa sólida” ao goberno do PP nas eleccións locais de 2015.
Menú do día e carta
A DE COMIDAS S A C
SUSA
en 2011, o tamén alcalde da Coruña expuxo que “nin os explosivos nin os 142 votos que nos separaron da victoria en maio de 2011 conseguiron que nos rindamos”. O líder provincial do partido referiuse á política local asegurando que “os veciños asisten abraiados aos acontecementos que propiciaron estrañas compañías que só buscan o interese propio dalgúns”. Por eso, animou ao PP ordense a demostrar que é unha alternativa.
Comida caseira
Café-Bar
Avda Alfonso Senra 27, bajo ORDES
Comida para levar
881 981 518
Empanadas por encarga
Crónicas - Marzo 2014
7
ESPECIAL
Catro consellos a ter en conta á hora de deseñar o seu tellado A miúdo cando planificamos a construción dunha casa, centrámonos na división interior da vivenda, nos acabados de solos e paredes, no mobiliario, ... deixando nun segundo plano un elemento construtivo tan importante como é o tellado. Se ben, e como di o refrán, unha casa non debe empezarse polo tellado, si debe planificarse dende o principio e elixir coidadosamente a forma, os materiais e o sistema de instalación do tellado, xa que a correcta elección destes elementos permitirá garantir o confort interior da casa, o aforro de enerxía e a conservación dos demais elementos construtivos, evitando que se danen prematuramente con goteiras ou humidades. Verea pon a disposición de todos os interesados a información e asesoramento necesarios para que a execución do tellado da súa vivenda se realice da forma máis eficiente.
mercado español, que superan os 1.500 ciclos de xeo-desxeo, cando o nivel máis alto establecido na norma europea é de 150 ciclos. Isto é algo que ningunha outra tella fabricada en España pode alcanzar.
3.- Instalación. O morteiro ou cemento está contraindicado na instalación da cuberta. Tan importante como a elección da tella é a correcta instalación desta. Verea, así como o Código de Práctica para o Deseño e a Montaxe de Cubertas con Tellas Cerámicas, aconsellan a fixación das tellas con escuma de poliuretano e ganchos. A utilización de cemento na instalación pode provocar futuros desconchamentos nas tellas, problemas 1.- Forma do de ventilación da cutellado: Inclinación. berta que poden dar En zonas xeográfilugar a condensacións, cas onde a climatoloxía é así como levantamento e desabundante en chuvia, recomén- lizamento das tellas pola perda dase unha cuberta inclinada que de adherencia que o morteiro garanta a correcta evacuación de ten co paso do tempo. auga. O Código Técnico da Edificación, no seu Documento Bá4.- Correcta ventilación da sico de Salubridade, indica que a cuberta. pendente mínima ha de ser dun Para que a cuberta fun32% para tella cerámica (e un cione correctamente debe exis60% para lousa). Non obstante, tir unha corrente de aire entre o sistema de instalación Verea a tella e o seu soporte, que imSystem permite a correcta eva- pida a formación de condensacuación de augas mesmo para cións. Deixar que a tella "respendentes inferiores (dende un pire" axudará á conservación do 26%). tellado: facilita o secado da tella e reduce a aparición de mo2.- Elección dos materiais. fos e fungos. Verea recomenda un mateO Verea System dispón de rial de cobertura natural como elementos de ventilación, peine a tella cerámica. E neste punto, de alero, que garanten unha coVerea ofrece ao cliente as tellas rrecta ventilación entre os discon maior resistencia á xeada do tintos materiais da cuberta.
Unha correcta planificación do tellado garantirá o confort interior da casa, o aforro de enerxía e a conservación dos demais elementos construtivos
VEREA pon a disposición de profesionais e de particulares información e asesoramento técnico totalmente gratuíto. Visítenos en www.ceramicaverea.com
Detalle do peine de alero, un dos elementos de ventilación do Verea System que garanten unha correcta ventilación entre os distintos materiais da cuberta
8
Crónicas - Marzo 2014
Actualidade ORDES
OROSO O Concello formaliza a cesión gratuíta do terreo, tras vinte anos de conflicto
Deciden investir nas rúas da capital 250.000 euros da Deputación
O cemiterio da Penela, en mans veciñais
A comisión de obras do Concello de Ordes xa decidiu os proxectos que acometerá con cargo ao plan DTC 93 que financia a Deputación da Coruña, cun importe que se achega aos 250.000 euros. Os proxectos céntranse na capital municipal, con arranxos en diversas rúas. En concreto, intervirán nas rúas do Parque e Reconciliación, coa instalación dun sistema de pluviais, reparación de beirarrúas e aplicación de aglomerado. Tamén se dotará de aglomerado a travesía do Regueiro. Na rúa da Igrexa disporase unha capa de formigón, mentres que en Cidade Xardín, na rúa Mercado e na rúa Compostela se mellorarán as beirarrúas. Segundo o goberno ordense, a rúa Carnota será outro dos puntos nos que se intervirá. Contémplanse ademais obras de mellora e un cambio no sistema de alumeado público nas rúas Eduardo Pondal, Pascual Veiga, Mestre Nicolás do Río, Abastos, Compostela, Ramón Ferreiro e Parque Municipal.
O cemiterio da Penela, na parroquia de Oroso, clarificou por fin a súa situación xurídica tras máis de dúas décadas sen acomodarse plenamente ao interese dos veciños. Hai uns días o Concello formalizou a cesión gratuíta do terreo onde se erixiron os panteóns aos propietarios. Nun acto no que se asinaron e entragaron a gran maioría dos 168 documentos de cesión, o alcalde, Manuel Mirás, deu por rematada a situación iniciada en 1993: “custounos moito atoparlle unha solución legal sen que supuxera un desembolso de cartos para os veciños, pero pagou a pena só por ver a satisfacción dos propietarios”, afirmou o rexedor. Mirás aproveitou para criticar a ausencia da oposición local no acto de sinatura e manifestou que “non me sorprende despois de ver como no pleno eran quen de votar en contra dunha decisión adoptada por unanimidade dos veicños”. O alcalde insistiu en defender a validez dos documentos entregados aos veciños “a todos os efectos”, ao estaren asinados polo secretario municipal como fedatario público. Segundo o goberno municipal, a
OROSO
COMARCA O conselleiro acusa a PSOE e BNG de “vetar” un acordo paliativo
Accidentada aprobación definitiva dos orzamentos municipais de Oroso para 2014
Alcaldes opostos á Xunta protestan ante o Parlamento pola suba do canon do lixo
Os orzamentos de Oroso para 2014 foron aprobados de maneira definitiva nunha sesión urxente e extraordinaria do pleno, que se desenvolveu de maneira bastante accidentada. O PP e o PGD presentaran alegacións, pero practicamente non chegaron a debaterse, xa que a oposición rematou por abandonar a sesión ao entender que o alcalde non xustificara debidamente a súa urxencia. O portavoz do BNG advertiu que podía ser un pleno “nulo de pleno dereito”. O PP estuda presentar un recurso. Todos cuestionan as formas do goberno. O alcalde, Manuel Mirás, afirma que “todos os presentes coñecían de sobra as razóns” da urxencia e acusa á oposición de representar unha “pantomima” e de querer “entorpecer a marcha do Concello e prexudicar os veciños” demorando o orzamento. Con todo, admite que puido cometer “un erro ao non seguir o procedemento ao pé da letra”.
Alcaldes do PSOE, de Anova e do BNG levaron ante o Parlamento de Galicia a súa protesta contra a suba do canon do lixo, en arredor dun 34%, aplicada pola Xunta desde este mes de marzo. Da comarca consta a presenza nesta mobilización do rexedor de Oroso, o socialista Manuel Mirás. No acto estiveron presentes líderes das forzas da oposición autonómica. O socialista José Ramón Gómez Besteiro, que tamén acudiu na súa condición de presidente da Deputación de Lugo, criticou que o encarecemento do canon é “incomprensible” e pediulle ao presidente da Xunta que escoitase aos alcaldes. O secretario xeral do PSdeG considera “practicamente crebado” o sistema de tratamento de residuos actual e reclamou unha alternativa sostible. Xavier Vence (BNG) tildou de “desprezo” que o presidente da Xunta non acceda a negociar cos alcaldes o que considera un “acordo unilateral” do goberno autonómico, que segundo el prexudica as contas munici-
Os orzamentos de Oroso para 2014 debatíronse nun pleno monotemático
solución acadada “conta co total respaldo da Xunta” e aos donos do cemiterio quédalles a seguridade de que o recinto non se vai tocar e que poderán deixar os nichos en herdanza “a quen queiran”. UN PROBLEMA ANTIGO O conflicto do cemiterio da Penela xestouse en 1993, cando na concentración se conformou a parcela que o acolle. A Xunta, como propietaria, quixo cederlla á parroquia. Pero
non puido ser porque as parroquias carecen de personalidade xurídica e finalmente cedeuselle a titularidade ao Concello. En marzo do ano pasado, o Concello desafectou o terreo do dominio público e cualificouno como ben patrimonial. En setembro, o 97% dos propietarios de nichos respaldou a solución e despois o pleno municipal aprobou a cesión gratuíta da parcela á asociación de veciños, por 75 anos e para cemiterio rural particular.
Concentración da oposición ante o Parlamento de Galicia en Santiago
pais e as economías familiares. Para Martiño Noriega (AGE) a suba do canon é “un atraco a man armada” que supón “agredir ás institucións máis débiles e con menos recursos” e aos cidadáns. O tamén alcalde de Teo estuda accións xudiciais para impugnar a suba. Desde a Xunta, en cambio, o con-
selleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, culpa a PSOE e BNG de “vetar” un preacordo no seo da Fegamp que prevía aplicar en 2014 só a metade da suba, para chegar ao 100% desde 2015. O conselleiro aconselloulles a Besteiro e a Vence que lles explicasen aos alcaldes por que frustaron aquel trato inicial.
Crónicas - Marzo 2014
9
Actualidade ORDES A Xunta nega que acometese un “desmantelamento” no transporte adaptado a persoas con discapacidade
Malestar na comarca polos recortes no servizo do 065 Recortes, remodelación, adaptación, desmantelamento... Segundo quen se manifeste e que intereses teña, o termo cambia, pero o único que está claro é que os cambios no servizo de transporte adaptado para persoas con discapacidade e para maiores, o coñecido como 065, engádenlles dificultades aos usuarios. Ata hai unhas semanas, dispoñían do servizo de maneira gratuíta, tanto para transportes regulares como para desprazamentos puntuais. Coa reducción da flota de 112 a 44 vehículos adaptados e o despido duns sesenta traballadores en toda Galicia, o servizo deixa de ser tan accesible. Agora, son os centros de día ou entidades os que pasan a xestionar o transporte regular, contratando ou compartindo os vehículos. A Xunta achégalles parte da financiación, cun tope de desprazamentos, e o custo restante deben asumilo os usuarios, nun novo “copago”. No ámbito político, a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, defende que haberá máis vehículos financiados con fondos públicos. Para ela, o servizo “acadará unha mellora das prestacións, atenderá máis usuarios e garantirá a atención a quen máis o precisa”. O secretario xeral do PSdeG-PSOE, en cambio, acusa ao goberno do PP de “cebarse cos máis débiles” e destruír o servizo do 065, creado polo bipartito. José Ramón Gómez Besteiro critica o novo “repago” e reivindica que o servizo non se privatice.
O curso de habilidades sociais para persoas con discapacidade mantense no Mesón do Vento (imaxe de arquivo)
“Parece que nos queren pechar na casa”, di un afectado Na comarca ordense, á parte dos usos puntuais de deceas de usuarios, unha das utilizacións máis frecuentes do servizo 065 é o traslado do alumnado que acode ao curso de habilidades sociais para persoas con discapacidade que se imparte nunha aula adaptada no Mesón do Vento. Cos cambios acometidos pola Xunta, a continuidade deste curso, cuns vinte usuarios, chegou a estar en perigo. De momento mantense o curso, xa que as negociacións efectuadas permitiron que o transporte continúe algúns días á semana.
En todo caso, a portavoz do goberno ordense, Silvia Marín, califica a decisión da Xunta de “paso atrás”. No debate plenario dunha moción socialista para que se cree a Tarxeta Social Galega, aprobada, Marín considerou unha inxustiza o recorte do 065. Ademais do curso do Mesón do Vento, puxo como exemplo o colexio especializado no que traballa en Santiago, onde o alumnado tamén perde este servizo. Entre os asistentes ao curso no Mesón, o disgusto tamén é considerable. Unha familiar dunha persoa asistente a estas clases declara a Crónicas que a falta de trans-
porte vai en contra das posibilidades de integración social das persoas con discapacidade. “Quen non teñan o 065 agora van ter que quedar na casa ou buscarse a vida con vehículos propios”, explica. Ante a carencia de centros especializados, outra das persoas afectadas defende a existencia do curso no Mesón do Vento. Entenden que é moi útil para as persoas con discapacidade “porque se entreteñen e aprenden” e tamén para os seus familiares porque “nese tempo podes facer outras cousas”. “Parece que os queren pechar na casa”, advirte outra persoa afectada.
CERCEDA Dispón de 22 prazas como residencia
Comeza a funcionar a residencia e centro de día Con varios meses de demora sobre o último anuncio oficial, para ultimar as obras e os equipamentos e para solventar varias diferencias entre o Concello e a Xunta, o xeriátrico de Cerceda entrou en funcionamento a comezos de marzo. En vez dunha inauguración convencional, para estrear a infraestrutura, a primeira de carácter público con estas características na Comarca de Ordes, celebrouse unha xornada de portas abertas, á que se achegaron máis de cen persoas. O centro comeza con dez usuarios no fogar residencial (de 22 prazas dispoñibles) e un no centro de día (cun total de 40 prazas). Sucesivamente vanse ir cubrindo todas as prazas. O Concello de Cerceda asume un ter-
cio do custo de cada praza que ocupen usuarios do municipio, mentres que o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar se encarga da xestión. Na xornada de portas abertas, ademais de integrantes da corporación municipal, estivo presente o xerente do Consorcio, Roberto Rodríguez. A concelleira de Servizos Sociais de Cerceda, María Viqueira, expuxo que “o centro está dotado cos mellores avances e a proba é que en Galicia só hai tres salas de estimulación cognitiva e unha delas é a que temos en Cerceda”.. 2,3 millóns de euros A construción do xeriátrico precisou dun investimento superior aos 2,3 millóns de euros. Financiouse con
O xerente do Consorcio e autoridades locais acudiron á xornada de portas abertas
cargo ao Plan Miner 2006-2012, con colaboración do Ministerio de Industria, a Xunta e o Concello. O edificio, de 1.450 metros cadrados, foi deseñado por César Portela e Gabriel Santos. Conta con cuartos individuais con baño integrado, e un equipamento de última xeración. Está situado ao lado do río Cabancos, na zona do polígono industrial
do Acevedo. Precisamente esta ubicación foi un tanto controvertida desde o mesmo momento en que se coñeceu. Na propia xornada de portas abertas, o goberno local falou de “lugar inmellorable”. Na oposición, o BNG felicítase polo novo servizo pero desde sempre reclamou que se tivese ubicado nun espazo máis céntrico.
Crónicas - Marzo 2014
10
Actualidade ORDES
FRADES
Interese veciñal pola charla de posibilidades do sector forestal
Acto de recordo ás vítimas no décimo aniversario do 11-M
Público asistente á charla sobre o sector forestal en Frades
Integrantes do PSOE ordense na ofrenda floral ás vítimas do 11-M
Medio cento de veciños de Frades, segundo o Concello, intesáronse pola charla sobre posibilidades económicas do sector forestal, ofrecida pola Asociación Profesional de Selvicultores de Galicia (Silvanus) e a empresa ENCE. Os técnicos destas entidades explicáronlles aos asistentes cal cren que é o tipo de eucalipto que máis lles convén que pranten e os
Os socialistas de Ordes efectuaron unha ofrenda floral ante o monumento ás vítimas do 11M, situado nas inmediacións da casa consistorial. Varios integrantes da agrupación socialista local, encabezados por Xesús Pedreira, depositaron flores ante a placa que homenaxea ás vítimas e feridos no maior atentado terrorista acaecido en territorio español, ca-
coidados que deberían recibir os terreos de monte para incrementar a súa productividade. Tamén se explicou en que consiste a certificación de xestión forestal, máis os aproveitamentos da biomasa e as súas perspectivas de mercado. Pola súa parte, ENCE indicou que lles gustaría unha relación directa cos propietarios do monte.
drando co seu décimo aniversario. A placa fora colocada o 11 de marzo de 2005, un ano despois dos feitos. O Concello, gobernado entón por Teodosio Martino (PP), atendera unha petición dos socialistas. A inscrición recolle uns versos de Uxío Novoneyra e o conxunto acompañouse dunha oliveira, como árbore que simboliza a paz.
OROSO
COMARCA
Preparan a primeira edición da Gala da Cultura
Case 5.000 euros co programa ‘Ler conta moito’
Veciños e entidades de Oroso poden presentar ata o 3 de abril no rexistro do Concello os seus candidatos a seren premiados na primeira edición da Gala da Cultura, que se ce-
As bibliotecas públicas de seis municipios da comarca reciben preto de 5.000 euros no programa autonómico de promoción da lectura ‘Ler conta moito 2014’. Benefícianse as
lebrará o 11 de abril. Distinguiranse á mellor traxectoria de 2013 e vital, á promesa de 2013, á asociación ou entidade que potenciase a cultura e á empresa que apoie a cultura.
da Silva e Cerceda (1.567,50 euros), a de Frades (814,50 euros), a de Mesía (825 euros), a de Ordes (813,75 euros), a de Oroso (637,50 euros) e a de Trazo (251,50 euros).
Crónicas - Marzo 2014
11
ECONOMíA COMARCA O ano pasado formalizáronse só 111 transaccións ante notario
A compravenda de vivendas na comarca baixou en 2013 ao mínimo desde 2004 A compravenda de vivendas na comarca caeu en 2013 ao seu mínimo do último decenio, segundo os últimos datos de transaccións inmobiliarias ante notario, difundidos polo Ministerio de Fomento. En total, formalizáronse 111 operacións, a cifra máis baixa desde 2004, cando comezaron a publicarse estes recontos. Por aquel entón, acadáranse as 333 compravendas, xusto o triple que en 2013. O máximo computouse en 2006, con 349 transaccións ante
notario nos sete municipios. A primeira fenda no sector observouse en 2008 (161 compravendas), aínda que en 2009 e 2010 (281 e 280) se observou unha recuperación. En 2011 volveu afundirse, con 139 movementos, cunha suba ata 167 en 2012. Ese repunte en 2012 ten bastante que ver coa recaída de 2013, xa que os cambios fiscais no sector fixeron que se adiantasen ao ano olímpico varias operacións que en circunstancias normais se pecharían o pasado
ano. No conxunto de España, as cifras tamén son negativas. As 300.349 transaccións inmobiliarias de vivendas ante notario en 2013 supoñen unha caída do 17,4% en comparación con 2012. O comportamento é aínda peor en Galicia, que pasa de 16.370 operacións en 2012 a 11.875 en 2013. O descenso é de 27,5%. Por municipios, o maior número de transaccións en 2013 correspondeulle a Ordes, con 56. Á capital co-
TRANSACCIÓNS INMOBILIARIAS NA COMARCA DE ORDES 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013
333 274 349 311 161 281 280 139 167 111
marcal séguelle Oroso, con 26. En Cerceda rexistráronse 12 operacións, mentres que en Trazo foron 9 e en Mesía 6. Finalmente, en Frades e en Tordoia só se formalizou unha venda en cada un.
ENTREVISTA Ricardo Vieites Uzal, xerente da Inmobiliaria Caxide, de Ordes
“O peor ano en vendas foi 2012, na segunda metade de 2013 xa se viu máis movemento” - Cre que o dato das transaccións ante notario é representativo do sector? Dito doutro xeito, é habitual que unha compravenda non pase por notaría? - Ese dato de transaccións é totalmente representativo, pois o 100% das vivendas transmitidas con hipoteca pasan por notaría e rexistro; e das non hipotecadas poderiamos dicir que o noventa e moitos por cento tamén o fan, fundamentalmente por un tema de seguridade xurídica. A inscrición no rexistro non é obrigatoria salvo para hipotecas, pero si moi recomendable. Estes datos falan ás claras de que o ano pasado foi dos peores en canto a número de transaccións de vivendas. Pero tamén debemos ter en conta que o dato do 2006 non é moi acertado. A explicación é que esas foron as vivendas escrituradas nese ano, pero nese tempo vendíase moito por plano. Así que moitas das vivendas das que se outorgou a escritura no 2006 foron en realidade mercadas en documento privado no 2004 e 2005. Pola contra, hoxe en día todo o que se vende está rematado, polo que as escrituras do 2013 son de vendas do 2013 ou finais do 2012. - Pola súa traxectoria no sector, foi 2013 o peor ano de vendas ou hai indicios de repunte? Cando cre que se viviu a peor situación no mercado inmobiliario? - Na miña opinión, a nivel de vendas, o peor ano foi 2012. Había moi poucos interesados aínda que fose a bos prezos, o ano pasado xa se viu máis movemento sobre todo na se-
gunda metade. - Na actualidade, cal é a principal razón pola que unha persoa desiste de mercar vivenda? -Na actualidade se a xente non merca vivenda é por varios motivos: a financiación inflúe, pero o principal motivo para que a xente non merque vivenda é polo temor a necesitar o diñeiro nun futuro para outra cousa ou por non ser quen de afrontar unha hipoteca. Loxicamente tamén existe a xente que está esperando a que os prezos baixen máis... pero estes están por debaixo dos custos de construción, e moitos promotores case non teñen vivendas en venda, así que en canto se vaian rematando as construídas e comence a construción de novas, o prezo terá que elevarse. - Constatan unha reducción de prezos na comarca nos últimos anos? De que magnitude falamos, aproximadamente? - Existe unha redución significativa de prezos na comarca de Ordes. Pero debemos ter en conta que as vivendas vendidas nos anos 2011, 2012 e 2013 son as que se empezaron no “boom” e que se remataron no 2008, 2009 e incluso 2010. Estas promocións levan comercializándose dende aquela e loxicamente primeiro vendéronse as mellores vivendas, e agora véndense as que quedaron. Pero as estatísticas oficiais só recollen o número de metros cadrados e os prezos aos que se venderon. Se analizamos produtos de iguais calidades e situacións, salvo en contadas ocasións, o prezo en Ordes non baixou máis dun 15-20%. - Entón, pódese dicir que na co-
Vieites explica que na comarca os prezos non baixaron máis alá do 20%
marca había ‘burbulla’ ou é un fenómeno que non se produciu de xeito tan notorio como noutros lugares? - É certo que os prezos en Ordes subiron bastante dende finais dos 90 ata o 2007-2008, e que dende aquela pódese ver unha redución de prezos considerable. Aínda así non é para nada comparable con outros lugares nos que a cantidade de vivendas construídas foi moito máis alta. Exemplos de edificación na costa, onde os prezos chegaron a subir máis dun 100% e caeron dende máximos máis dun 60%, aquí non se deron. - Son habituais as ‘gangas’ na zona? - A verdade é que gangas vense moi poucas. Cando alguén pode vender un inmoble caro non o vende barato, sen embargo ás veces algunha entidade bancaria si que vende algo por debaixo do seu prezo lóxico. O tipo de inmoble máis económico na actualidade son os locais comerciais. - Que é o que máis se está demandando na zona, en canto á tipoloxía de vivenda? - Os pisos de tres habitacións arredor dos 90 m2 útiles son o produto
estrela neste momento. O malo é que como o que se está vendendo xa está feito, os compradores teñen que adaptarse ao que hai. - Continúa predominando a compra ou avanza o aluguer? - A xente segue preferindo a vivenda en propiedade. Esta é unha característica propia da sociedade española e non vai cambiar nin a curto nin a medio prazo. O que si se nota agora é que as familias adoitan empezar de alugueiro os primeiros anos, para despois trocar a vivenda en propiedade. - Como cre que se podería reactivar o mercado? Podería recuperarse a actividade de hai uns anos ou o ‘normal’ é máis ben o ritmo actual? - A actividade normal de construción non voltará mentres non se remate o stock actual, sobre todo o que teñen os bancos, e se volten a equilibrar os prezos de venda cos custos de construción. Non era normal o ritmo actual de edificación nin de Ordes nin de moitos outros lugares de hai uns anos. Pero tampouco é o de agora, no que non se está levando a cabo nin unha soa promoción para venda.
Crónicas - Marzo 2014
12
ECONOMíA
COMARCA
MESÍA A Xunta afirma que a empresa leva recibidos 425.000 euros en axudas
Os perruqueiros maniféstanse contra o IVE “abusivo” do 21%
Sitúan a Casa Grande de Xanceda como exemplo da puxante produción ecolóxica
Protesta dos perruqueiros galegos
O sector da perruquería rebélase contra o tipo de IVE aplicado aos seus servizos, do 21% en vez do 10% reducido, que é o que demandan. Este luns 24 de marzo realizaron manifestacións por todo o país, secundadas por boa parte das perruquerías da comarca. Ademais, entregaron en Hacienda sinaturas de clientes que respaldan a recuperación do IVE reducido. Os profesionais deste sector consideran “abusivo e desproporcionado” o tipo que se lles aplica e afirman que a suba ata o 21% derivou na caída de emprego neto no sector e no peche de numerosos establecementos. Numerosas perruquerías pecharon durante as protestas.
A Casa Grande de Xanceda, granxa situada en Mesía, foi posta como exemplo da puxanza do sector dos produtos ecolóxicos durante a recente visita que a delegada provincial da Xunta, Belén do Campo, efectuou ás súas instalacións, acompañada por responsables da empresa, polo xefe territorial de Medio Rural e polo alcalde de Mesía. Do Campo repasou na súa visita as axudas convocadas pola Xunta para a transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais. Concretou que no caso da Casa Grande de Xanceda, a administración acaba de conceder case 19.000 euros para avanzar na valorización da produción de leite. A Xunta afirmou que, desde a súa creación, esta explotación leva recibidos uns 425.000 euros en axudas para instalar o obrador, ampliar as dependencias e facerse con novos equipamentos tecnolóxicos. Este tipo de axudas, segundo a delegada provincial, están cofinanciadas polos fondos europeos Feader e na provincia da Coruña distribuíron este ano uns cinco millóns de euros
Visita da delegada provincial da Xunta ás instalacións da granxa ecolóxica en Mesía
entre 33 empresas dos sectores agrario e forestal. O goberno autonómico destacou a “clara aposta” da Casa Grande de Xanceda pola produción agraria galega e pola súa posta en valor con métodos ecolóxicos, algo cada vez
coorudene sels o
Muebles de Cocina Fuente Estrey, s/n Tel: 981 68 83 29 Móvil: 629 808 796 couselo cocinas@telefonica.net
15680 ORDES A Coruña
Electrodomésticos Alfonso Senra, 116 Tel: 981 68 08 09
máis valorado por un sector do mercado de consumo. A granxa, sustentada sobre unhas 200 hectáreas de terreo, conta con máis de 350 vacas e 22 empregados en total. Produce leite pasteurizado, iogures cremosos e bebibles, e queixos.
Crónicas - Marzo 2014
13
Economía COMARCA O organismo observa “indicios racionais” de prácticas prohibidas
Competencia investiga xa dezanove lácteas por repartir o mercado entre elas A Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia (CNMC) ampliou hai uns días a incoación do expediente sancionador que xa abrira en xullo de 2012 contra varias empresas lácteas. En total, son xa dezanove as industrias investigadas por prácticas contrarias á lexislación de competencia. Segundo a CNMC, consistirían “en intercambios de información e/ou acordos para o reparto do mercado e a fixación de condicións comerciais, no mercado de aprovisionamento de leite crú de vaca”. A continuidade e ampliación da indagación vén confirmar o que desde sempre é un segredo a voces no sector, que se manifesta a miúdo na práctica imposibilidade de que un gandeiro poida mudar a industria á que lle vende o leite que produce, por comportamentos que anularían a libre competencia e ocasionarían perdas tanto a produtores como incluso ao consumidor final. Se hai case dous anos a entón Comisión Nacional da Competencia abriu o expediente contra Lactalis, a
A investigación abriuse en xullo de 2012
Corporación Peñasanta, Danone, Puleva, Leche Pascual, Nestlè, a Cooperativa del Pirineo, o Gremio de Industrias Lácteas de Cataluña e a Asociación de Empresas Lácteas de Galicia, agora esténdese a Industrias Lácteas Asturianas, Forlactaria, Central Lechera Asturiana, Leite Río, Cen-
tral Leiteira de Galicia, Senoble, Leite Celta e Feiraco. A CNMC asegura que, á vista da documentación do expediente, obtida durante a súa instrucción, “pode deducirse que existen indicios racionais da participación en supostas prácticas prohibidas” das empresas que agora investiga tamén. De todos os xeitos, o organismo matiza que o paso que acaba de dar “non prexulga o resultado final da investigación” e explica que se mantén o prazo máximo de dezaoito meses para instruír e resolver o expediente desde a súa incoación inicial. Contando o tempo, ese prazo xa rematou o pasado mes de xaneiro e xa debería haber unha resolución. Pero os tempos da burocracia son outros e fan que non computen para o prazo os periodos de suspensión que se producen durante a tramitación do expediente, por mor dos recursos interpostos polas partes, a petición de máis documentación ou a propia ampliación da investigación a máis industrias.
REACCIÓNS
Os sindicatos agrarios están satisfeitos pero non se fían da CNMC Os sindicatos agrarios ven con bos ollos a ampliación do expediente sancionador, pero tamén expresan as súas reservas. En Unións Agrarias dinse satisfeitos pero cren que a decisión da CNMC chega “nun momento inoportuno”, xa que estaban tratando de negociar co órgano de arbitraxe unha resolución negociada na que as industrias investigadas se comprometesen co contrato dun ano, as negociacións das condicións ou designar mediadores para os conflictos. O Sindicato Labrego Galego asegura que “as prácticas mafiosas das industrias só se poderán erradicar coa reforma da Lei da Cadea Alimentaria”. O SLG acusa á propia CNMC de “torpedear sistematicamente” calquera solución desde hai anos, como os intentos de fixar prezos nas mesas do leite ou o de prohibir por lei a venda por baixo dos custos de produción.
Crónicas - Marzo 2014
14
xente dE aquí ORDES
COMARCA
Teatro en inglés para o alumnado do Maruxa Mallo
O CIM da Mancomunidade promove nas aulas a igualdade
Os dous actores dialogaron en inglés cos estudantes durante a función teatral
‘Contiños para compartir’, na biblioteca ordense, outra iniciativa pola igualdade
O alumnado de primeiro e segundo curso da ESO do instituto Maruxa Mallo (Ordes) acudiu á representación da obra teatral ‘What’s up Romeo? na Casa da Cultura. Esta actividade foi promovida polo departamento de inglés do
Desde o pasado mes de xaneiro e ata maio, o Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade de Ordes desenvolve o seu programa ‘Educando en Igualdade’ nos centros escolares dos sete municipios da comarca. Unha profesional deste ser-
IES, dentro da súa programación. Trátase dunha función teatral na que os dous autores principais, que encarnan os personaxes de Romeo e Xulieta, manteñen diálogos co público facéndoo partícipe da trama, e motivándoo a expresarse na lingua de Shakespeare.
vizo utiliza diferentes recursos, segundo a idade do alumnado, para traballar sobre o concepto da igualdade. Abordan aspectos como a corresponsabilidade no fogar, a violencia de xénero, os estereotipos sexistas ou as novas masculinidades.
TRAZO
FRADES
Xornadas sobre sexualidade no CPI da Ponte Carreira
Dous cursos de informática activos ata mediados de maio
Unha das sesións sobre sexualidade no colexio da Ponte Carreira
As clases son semanais, con niveis de iniciación e de perfeccionamento
Os estudantes de primeiro, segundo, terceiro e cuarto curso da ESO do CPI da Ponte Carreira (Frades) participaron durante dúas semanas en varias sesións sobre sexualidade. A actividade foi organizada polo Concello en colaboración co persoal do propio centro educativo.
O Concello de Trazo desenvolve ata mediados do mes de maio dous cursos de informática, aos que asisten veciños interesados en manexar as novas tecnoloxías de información e da comunicación. Para adaptarse ao nivel de coñecementos de cada alumno, existe un curso de iniciación to-
As xornadas dividiron o alumnado en dous grupos, de acordo cos seus tramos de idade. Abordaron contidos como a anatomía e fisioloxía, o uso de anticonceptivos, as enfermidades de transmisión sexual, as características do ciclo menstrual, o autocoidado ou a hixiene.
dos os martes, e outro de perfeccionamento todos os xoves. Nos dous casos, as clases teñen lugar de 20 a 22 horas na aula municipal de informática. En total, cada cursiño sumará trinta horas, nas que o alumnado se fará coas destrezas suficientes para utilizar diversas aplicacións do ordenador.
Crónicas - Marzo 2014
15
xente dE aquí FRADES
Un curso municipal forma no adestramento de cans de caza en dezaseis horas durante dúas xornadas
MESÍA
OROSO
Alumnado do IES de Oroso adéntrase no voluntariado
O obradoiro municipal sobre elaboración de conservas rexistra unha elevada demanda
Os donos dos cans recibiron diplomas
A clase rexistrou lista de agarda
Un curso do Concello formou en Frades no adestramento de cans de caza. En dúas sesións formativas, desenvoltas en dous sábados consecutivos, as seis persoas que participaron recibiron algúns coñecementos esenciais sobre o manexo de cans cazadores. As dezaseis horas de clase, entre a parte teórica cunha exhibición de cans e a práctica cos animais do alumnado no monte, foron impartidas por un profesor da Federación Galega de Caza. O concelleiro Manuel Ferreiro acudiu a entregar os diplomas de asistencia e destacou os resultados obtidos.
O obradoiro de elaboración de conservas convocado polo Concello de Mesía cubriu as dezaoito prazas dispoñibles, con outras sete persoas en lista de agarda. Con exposición teórica e exercicios prácticos, as alumnas aprenderon a elaborar marmelada de amorodo, tomates envasados ao natural, peras en licor ou cogomelos en aceite. Este obradoiro formou parte da programación municipal con motivo do Día da Muller, que incluiu tamén a habitual Cea da Muller Traballadora e unha charla sobre dietética e alimentación a cargo da prestixiosa nutricionista María Viña.
Acto de entrega dos diplomas de participación no obradoiro de voluntariado
Alumnado de cuarto curso da ESO do instituto de Oroso participou nun obradoiro sobre voluntariado, organizado pola dirección xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta e polo Concello. O propio director xeral, Ovidio Rodeiro, acompañado polos concelleiros Antonio Leira e Luís Rey e pola directora do centro educativo, Ana Coiradas, entregou os di-
plomas de participación. Leira destacou o incremento do voluntariado no municipio e o beneficio que supón para moitas persoas. Agradeceu a colaboración do departamento autonómico. O titular deste, Ovidio Rodeiro, explicou que o programa de Voluntariado Xuvenil disporá de 440.000 euros para toda Galicia este ano, un 17% máis que en 2013.
16
Crónicas - Marzo 2014
xente dE aquí COMARCA Os desfiles e os concursos de disfraces tiveron unha ampla participación en todos os municipios
Entroido, entroido e máis entroido
Actuación escolar no Festival de Entroido do CRA de Oroso
OROSO O concurso de disfraces do Concello superou os 1.200 espectadores. Houbo 51 concursantes, o que supón máis de 200 persoas disfrazadas, de toda a contorna. En total, uns 3.000 euros en premios. O Concello celebrou tamén unha festa de disfraces. É destacable tamén o festival do Colexio Rural Agrupado. O concurso de receitas de entroido gañouno Zaira María Pulleiro, cunhas tortiñas de cabaza e anís.
O mundo das formigas, primeiro premio en comparsa
Mini Europe, mellor comparsa infantil do concurso
A nosa escola, segundo premio en comparsas
Obradoiro de cupcakes, con dezaseis participantes
FRADES A Concurso de Disfraces municipal superou os 400 espectadores. Gañou a comparsa ‘Algo pasa na granxa’, de Poulo. O premio especial á comparsa do concello foi para ‘Os pallasos da tele’, de Vitre. En individual adultos, gañou o ‘Tío Pepe’, de Oroso. En categoría infantil, primeiros premios para ‘Os pitufos’ de Frades en grupos, e para ‘Os Dous Namorados’ de Vitre e de Moar en modalidade individual. Ademais do certame, celebrouse unha festa con animacións e chocolatada. MESÍA A Festa de Entroido de Mesía encheu de disfraces o polideportivo municipal en Xanceda na tarde do sábado de entroido, coa participación de nenos e de adultos. Todos desfilaron para amosar as súas caracterizacións, aínda que o evento non tivo carácter competitivo. Todos os cativos disfrazados recibiron un agasallo. Xogos, obradoiros e atraccións complementaron a festa, que tamén incluíu unha merenda con larpeira e chocolate. Outra das propostas destacadas da programación municipal de entroido de Mesía, foi a visita, na xornada de luns de entroido, a un espectáculo musical na Cidade da Cultura en Santiago. Os participantes acudiron en autobús ata as instalacións do Monte Gaiás. Puideron entrar de balde ao presentárense alí disfrazados. Así o establecía a convocatoria do espectáculo, especialmente indicado para nenos e nenas de tres a once anos de idade.
Crónicas - Marzo 2014
17
xente dE aquí TORDOIA
Algo pasa na granxa (Poulo), comparsa adulta gañadora
Máis de 300 participantes nunha festa de sabor doce
O desfile do concurso de disfraces tivo un día soleado
Un dos obradoiros da Tarde de Entroidada de Ordes
Os contos da lúa, terceiro premio en comparsas
ORDES O sábado de piñata de contribuíron a acadar estas cifras.
Ordes foi a maior celebración de entroido da comarca. O Concello estima que acudiron máis de 4.000 persoas como espectadores, e unhas 500 persoas participaron no concurso de disfraces. O espectáculo e o bo tempo
O certame, con premios por importe de máis de 4.000 euros, tivo como carroza dañadora a ‘A familia das formigas’. ‘Algo pasa na granxa’ gañou na categoría de comparsa. A nivel individual adulto, primeiro pre-
mio para ‘Realismo matrix’. Nos disfraces infantís, primeira comparsa ‘Soldados e bailarinas’, e ‘Ninións bailaríns’ mellor disfraz infantil . Premio simpatía para ‘Os Rocieiros’ e mellor comparsa ordense para ‘Campomaior Dancing Kids’.
As celebracións de entroido de Tordoia divertiron durante toda unha tarde a unhas 300 persoas. Éxito de participación que se ve corroborado polos 40 litros de chocolate e 5 grandes roscas consumidas para adozar a xeira.
CERCEDA
O pavillón cheo, a piques de desbordar todas as previsións
TRAZO O Punto de Atención á Infancia (PAI) de Trazo celebrou o entroido cunha representación da obra ‘Os tres porquiños’ e un desfile por Viaño Pequeno ata a casa consistorial, ademais dunha degustación de produtos de entroido achegados polas familias. O Concello tamén celebrou unha festa de entroido, con xogos, bailes e obradoiros para os máis pequenos. Un dos atractivos da festa foi a visita de Peppa Pig. En total asistiron un cento de nenos e nenas, aos que o alcalde e concelleiros lles entregaron agasallos.
O entroido infantil e xuvenil de Cerceda contou coa participación de máis de medio milleiro de nenos e nenas, no martes de entroido. Chocolatada, xogos, obradoiros e o habitual desfile de disfraces encheron o polideportivo da capital municipal, superando incluso as previsións que fixera o Concello.
18
Crónicas - Marzo 2014
xente dE aquí TRAZO
ORDES Con mostra de gando e maquinaria, entroido, música e gastronomía
A Festa do Grelo de Trazo reúne máis de 250 comensais
A XVI Festa do Lacón con Grelos atrae milleiros de visitantes ao Mesón do Vento
Xantar da Festa do Grelo de Trazo
A verdura estrela do inverno, o grelo, cunha colleita escasa ao principio que repuntou considerablemente nas últimas semanas, merécelles aos veciños de Trazo unha festa por todo o alto. O encontro, o pasado 8 de marzo, reuniu máis de 250 persoas, e sobre a mesa houbo bastante máis que grelos. Patacas, chourizos e un completo repaso a toda a anatomía do porco satisfixeron os padais dos veciños, que pagaron 18 euros por comensal, salvo os menores de doce anos. Xa a media tarde, en plena dixestión, non faltou tempo para o baile, ao son do espectáculo musical de ‘Alba’.
Mostras de gando e de maquinaria agrícola, os estertores do entroido, música e un reclamo gastronómico indiscutible. Con estes ingredientes, a Festa do Lacón con Grelos renovou o interese do público, atraendo milleiros de persoas durante a fin de semana do 22 e 23 de marzo ao Mesón do Vento. Da xornada do sábado destacou a exhibición de manexo de gando que ofreceu o Club de Xóvenes Gandeiros. Avelino Souto, de 15 anos e campión europeo de manexo de gando vacún, amosoulle ao público, xunto cos seus compañeiros, como preparan as xovencas para certames oficiais. Tamén se ofreceu unha sesión de rapado de ovellas. Na tarde do sábado, entre a sesión vermú e a verbena da noite, o concurso de disfraces repartiu máis de 1.000 euros en premios. Comparsas e carrozas ofreceron o derradeiro espectáculo do entroido deste ano. O domingo rexistrouse a maior afluencia de público. A partir do mediodía, bares e restaurantes do Me-
A preparación de xovencas para certames oficiais espertou moito interese
són do Vento comezaron a ofrecer de balde coas consumicións tapas e racións de lacón con grelos. Durante a xornada, proseguiron as mostras de maquinaria e de gando, cun cento de reses. A tarde dominical reservou aínda tempo para a primeira proba
do XVII Campionato Galego de Andadura e do VII Campionato de Trotóns, que continuarán o 13 de abril en Narón. O programa completouse con probas de arrastre vacún e cabalar e cunha verbena musical para o serán e noite do domingo.
ORDES En beneficio de Cáritas parroquial de Ordes
O festival benéfico da Sementeira obtén máis de 2.000 euros O festival benéfico promovido por Cáritas parroquial de Ordes, acadou 2.235 euros de recadación. No despacho de billetes vendéronse 325 entradas (1.635 euros) e na fila cero 122 persoas achegaron 610 euros. A cantidade obtida vaise destinar ao proxecto co que Cáritas, en colaboración con outras entidades sociais, empresas, veciños e Concello, quere poñer en marcha un cultivo
para autoconsumo e aprendizaxe de labores agrarios por parte de persoas con escasos recursos. Clemente Boo, directivo de Cáritas en Ordes, agradeceu a colaboración e destacou a importancia de que o proxecto lles axude a saír adiante ás vítimas da crise “sumidas na desidia”. Presentada por Tania Veiras, a xornada contou con múltiples artistas, que colaboraron con altruísmo.
O festival benéfico desenvolveuse en LP 45 (Foto: Luís Cobas - Foto Órdenes)
ORDES
O Concello de Ordes tarda catro anos en poñer en servizo o novo depósito de auga potable O Concello de Ordes tardou 4 anos en poñer en servizo o novo depósito de auga potable de Merelle pola mala planificación municipal, xa que o proxecto foi executado sen dispoñer dos terreos necesarios para conectar a instalación á rede de distribución. O feito de que o Concello de Ordes se esquecese de adquirir eses terreos traduciuse en 4 anos de carencias
para os veciños. A insuficiente capacidade de almacenamento dos antigos depósitos de auga potable provocou problemas no inverno (augas turbias nas billas como consecuencias das enchentes) e no verán, ao descender o caudal do río do que se abastece a capital municipal. A desidia do Concello de Ordes á hora de poñer en servizo o novo depósito de auga po-
table, deseñado para dar servizo ao conxunto da vila, contrasta coa rapidez coa que o Goberno local actuou executando por vía de urxencia outras actuacións, como os baixos da Alameda ou o novo edificio do Concello, que ningún veciño demandou e supuxeron a dilapidación dun enorme volume de recursos públicos.
As próximas reunións cos veciños serán en Beán (28 de marzo, ás 21:30 h. na antiga reitoral) e Barbeiros (30 de marzo, ás 12:00 h, na escola do Cruceiro)
Crónicas - Marzo 2014
19
xente dE aquí OROSO
Vinte persoas no primeiro martes saudable da tempada
MESÍA
Curso xuvenil de técnicas de caracterización e maquillaxe
As alumnas do cursiño practicaron o aprendido nas súas propias caras Público asistente ao obradoiro de coidado a persoas dependentes
Oroso retomou o seu programa de ‘Martes saudables cos maiores’ cunha charla de dúas horas sobre o coidado a persoas dependentes, no relativo á administración de medicamentos e á alimentación. Estas charlas e obradoiros continuarán celebrándose o primeiro
martes de cada mes, de 17 a 19 horas no Local da Terceira Idade. A asistencia é gratuíta. O concelleiro de Servizos Sociais de Oroso, Antonio Leira, amosouse “satisfeito co aproveitamento que os nosos maiores fan destes cursos e charlas”.
Once persoas participaron no curso de técnicas de caracterización e maquillaxe infantil que organizou o Concello de Mesía a través da súa Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX). As alumnas aprenderon durante catro horas múltiples aspectos deste tipo de tarefas, e practicaron diversas técnicas coas súas
propias facianas. Con carácter gratuíto, esta actividade formativa estaba especialmente dirixida a xóvenes con interese nesta temática e a persoas coa titulación de monitor de tempo libre que quixesen completar a súa formación e incrementar así as súas posibilidades de empregabilidade.
Crónicas - Marzo 2014
20
DEPORTES CAMPIONATOS DE SALVAMENTO DEPORTIVO
TENIS DE MESA
Éxitos do Club Natación Cerceda
O Oroso TM acada o ascenso matemático a primeira nacional
Desde esq.: Ángela, Beni Vázquez (adestrador), Inés e Sara, con Ana diante
O Club Natación Cerceda proclamouse subcampión por equipos nos Campionatos Galegos de Salvamento Deportivo. Nestas probas, Alejandro Suárez foi campión alevín, Lara López campioa infantil, e Inés Barbeito júnior. Tras estes resultados, no Campionato de España Marta Rosende logrou a prata en 50 arrastre con aletas cadete. No Campionato de España xuvenil, júnior e absoluto,
Inés Barbeito foi ouro nas probas de 100 socorrista e 100 arrastre con aletas. En equipos, Barbeito e Sara Gende obtiveron o ouro en lanzamento de corda. Elas dúas, con Ángela Piñeiro e Ana Muíño, bateron a marca galega de 4x25 en arrastre. E no campionato alevín, Alejandro Suárez foi campión en 50 arrastre con aletas e en 25 arrastre de manequín. Antía Martínez foi sétima en 50 arrastre con aletas.
CAMPIONATO GALEGO DE KÁRATE
O Oroso TM que nesta tempada competiu en segunda división nacional acadou o ascenso matemático de categoría a falta de catro xornadas para o remate da competición desta tempada. O equipo, filial do Oroso TM Deporte Galego da división de honra masculina, clasificouse como primeiro do grupo. A victoria definitiva colleitouna ante o Cambre TM, por un significativo resultado: 5-1. A entidade destaca que durante a tempada foilles dando “oportunidades e partidos aos máis xóvenes da canteira e, lonxe de resentirse o equipo, estes responderon cunha madurez e cun xogo digno da categoría”, afirman nun comunicado. Como mostra, na fin de semana na que se confirmou o ascenso matemático de división xogou o infantil Lois Teixeira. Este xogador foi incluso quen de puntuar no partido ante xogadores de moita máis experiencia ca el. Este ascenso era un dos propósitos do Oroso TM para esta tempada 2013-2014. Xogadores, adestradores e a directica amo-
saron a súa “inmensa” ledicia, xa que o éxito supón a culminación de “moitos meses de traballo que sen dúbida deron os seus froitos”. OUTROS EQUIPOS Por outra parte, os demais equipos da entidade de Oroso van obtendo resultados razoablemente satisfactorios nas súas respectivas competicións. Así, no último encontro do Oroso TM Peluquería Tije ao peche desta edición, impúxose ao Cafetería Lareka-Autosisán por 1-6. O Tije mantén o cuarto posto da clasificación e boas posibilidades de loitar polo ascenso. O E.S. Sigüeiro, tamén na primeira división galega, tivo menos sorte e caeu por 5-2 ante o Giuseppe Anthony. En segunda galega, o Oroso TM Hotel Santa Cruz gañoulle por 4-3 ao Liceo Casino Xuvenil, primeiro clasificado da liga. Os máis pequenos perderon por 0-7 ante o mesmo equipo. O partido do primeiro equipo fronte ao Establecementos Otero de Cambados foi aprazado atendendo unha petición do conxunto pontevedrés.
Emma Núñez, campioa en kata e subcampioa en kumite A deportista Emma Núñez, de Cerceda, proclamouse campioa xuvenil en kata (técnica) e subcampioa en kumite (combate) no Campionato Galego de Kárate Infantil disputado hai uns días nas Pontes. A esta cita acudiron uns trinta clubes de toda Galicia. Para Núñez, era o seu primeiro campionato na modalidade de kata en categoría xuvenil. A cercedense pasou a primeira fase, aos puntos, como cabeza de grupo. Nas posteriores rondas, por emparellamentos e eliminación directa, encamiñouse á final cun claro 5-0. Na final impúxose á lucense Carla, do club Shihan, tamén por 5-0. É o cuarto ano consecutivo que se fai co campionato galego. En kumite, na categoría de menos de 50 quilos, Núñez resolveu sen problemas os dous primeiros combates: un por 8-0 en 1’10’’ e outro por 6-0 en 52”. Na final enfrontouse á campioa galega do ano pasado, Paula Garabatos, do San Francisco de Teo. Empataron a
Participantes do Oroso TM no XII Torneo de España en Valladolid
Uxío Regueiro, bronce no estatal A deportista cercedense, cos trofeos
3 e decidiuse a gañadora por criterio arbitral tras os dous minutos de tempo máximo do combate. Núñez formará parte da selección galega no Campionato de España Infantil o 12 e o 13 de abril.
Ademais do ascenso a primeira nacional, o Oroso TM acadou outros éxitos en datas recentes. É o caso da medalla de bronce de Uxío Regueiro no XII Torneo de España, disputado polos 620 mellores de toda España. O Oroso TM clasificou nel nove xogadores das distintas categorías de base. Co seu podio, Regueiro afián-
zase como cuarto na clasificación española e poderá participar no Top 10 Nacional en maio, cos dez mellores palistas de España pugnarán por unha praza no europeo. O concelleiro de Deportes de Oroso, Luís Rey, felicitou ao Oroso TM por todos estes éxitos e destacou o gran labor que está efectuando o club.
Crónicas - Marzo 2014
21
DEPORTES Si buscas un regalo para una comunión, cumple o simplemente un detalle...
Acércate por nuestra tienda!!!
encontrarás desde menaje, bolsitos, bandoleras, mochilas, bolsas de deporte, maletas...
Sorteam os 2 el Circo entradas para del So compra s de má l con s de 30 €
También papelería de tus personajes favoritos, juguetes, camisetas, pijamas, calzado, gorras... Y prepárate para el verano: toallas, chanclas, bikinis, culotes, colchonetas, palas...
os Para niñes y jóven
rúa da Canteira, nº2 (antigo vodafone). OrdeS (A Coruña). Teléfono: 981 688 646
O Hóckey Global Club Patín Cerceda recibe este martes 25 de marzo, no pavillón Fernando González Laxe de Cerceda, ao F.C. Barcelona. O encontro, que comeza a partir das 21:00 horas, chega nun momento moi positivo para o equipo local, xa que co seu sétimo posto ten practicamente garantida a permanencia e incluso, na situación actual, tería unha praza para disputar a Copa CERS na próxima tempada. Este posicionamento conseguiuno logo de impoñerse por 3-5 ao Reus Deportiu, terceiro da táboa, nun encontro no que o conxunto de Cerceda, adestrado por Juan Copa, deu a sorpresa. A clave da victoria, segundo explica o propio club, foi o bo e eficaz xogo demostrado, sustentado nunha férrea defensa con Willy Domínguez como alicerce. O cinco inicial conformárono o propio Domínguez, Joan Grasas, José Ramón López, David Torres e Gonzalo Pérez, titular por primeira vez na tempada. Martín Payero foi baixa neste encontro, que comezou mal para os de Cerceda, cun gol do Reus
HÓCKEY Despois de dar a sorpresa vencendo por 3-5 ao Reus Deportiu
O HG C.P. Cerceda recibe o Barcelona sétimo e con aspiracións europeas cando só transcorreran once segundos de xogo. Reaccionaron e no minuto cinco empataron cun tanto de David Torres. O Reus dominaba, pero o Cerceda non desperdiciou ningunha ocasión de contraataque. Cun tanto á media volta de Gonzalo Pérez, puxéronse por diante no marcador (1-2). A tres minutos para o descanso empatou o Reus. Na segunda metade do partido, Torres fallou unha falta directa e a Pérez anuláronlle un gol por infracción. Grasas logrou de novo a vantaxe (2-3). Aínda habería outro empate do Reus, que pugnou pola victoria. Pero o GH C.P. Cerceda sacoulles partido ás súas saídas á contra, con novos tantos de Grasas e Pérez que levaron ao 3-5 definitivo.
O equipo de Cerceda sacoulle o máximo partido aos contraataques
Crónicas - Marzo 2014
22
DEPORTES FRADES
TRAZO
Frades organiza a súa primeira carreira para o domingo 18 de maio
Vista Alegre e Xuventude, gañadores do Torneo de Fútbol alevín e benxamín do Concello de Trazo
O Concello de Frades organiza, xunto coa Federación Galega de Atletismo, a súa primeira Carreira Pedestre. Será o domingo 18 de maio, coa Ponte Carreira como saída e meta, e contará con categorías pitufo, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, júnior, promesa, senior e veterán. As distancias a percorrer varían en función das idades, se ben a proba absoluta terá unha lonxitude total próxima aos 7,7 quilómetros, por viais diversos, entre eles unha parte por pistas forestais. As inscricións xa se poden efectuar, ata o xoves 15 de maio ás 22 horas. No caso das probas escolares, hai que rexistrarse nun formulario dispoñible nas webs da federación autonómica ou de atletismogalego.org. Nestas categorías, a participación é gratuíta. Nas probas de adultos, desde xuvenil-junior ata veteranos, cada participante deberá pagar 4 euros. As anotacións deberán efectuarse na páxina www.emesports.es. Os atletas locais deberán indicalo cubrindo a casa correspondente. Os clubs federados, para optar aos premios por clubs, deberán, ademais de formalizar a inscrición individual de cada atleta, remitir un correo electrónico ao Concello que inclúa os datos do club e unha relación dos atletas que competirán, selada pola federación ou a súa delegación correspondente. Para a proba absoluta, os corredores recibirán un chip por parte da organización no momento de recoller o dorsal. Terán que devolvelo tras cruzar a liña de meta. En canto aos trofeos e premios, entregaranse aos tres primeiros de cada categoría de idade, con podios masculino e feminino. Tamén se prevén trofeos para os participantes de menor e de maior idade que conclúan a proba, para os tres primeiros clasificados empadroados no municipio, e para os tres primeiros equipos clasificados e trofeo para o club, entidade ou colexio que máis corredores sume á proba. Tamén se contemplan premios en metálico na carreira absoluta, que van desde os 50 e os 300 euros. Todos os corredores recibirán cadansúa camiseta térmica como agasallo e medallas para as categorías escolares. A organización ofrecerá avituallamento e duchas ao final da competición.
O Concello de Trazo aproveitou os días de descanso que os escolares teñen das datas de entroido para celebrar o seu Torneo de Fútbol en categorías benxamín e alevín. Na primeira gañou o Vista Alegre e na segunda o Xuventude Oroso. A competición en categoría benxamín, disputada o luns de entroido, tivo como competidores o Trazo CF, o Tordoia, o Compostela, o Bertamiráns, o Dubra, o Vista Alegre, o Xuventude Oroso e o Calo. A final disputárona o Vista Alegre e o Xuventude Oroso e decidiuse nos penaltis, como queda dito en favor do Vista Alegre. O martes de entroido, o torneo centrouse na categoría alevín, co Trazo CF, o Xuventude Oroso, o Calo, o Dubra, o Vista Alegre, o Cacheiras e o Villestro como equipos participantes. A final disputárona o Xuventude Oroso e o Vista Alegre. Decidiuse tamén nos penaltis, para o Xuventude. O alcalde tracense, José Dafonte, presidiu a entrega dos trofeos e felicitou aos participantes.
CERCEDA
Exhibición de baloncesto para o alumnado do colexio O Cruce a cargo do Basquet Coruña Os xogadores Javier Lucas, Ángel Hernández e Jason Cain, do Basquet Coruña, visitaron as instalacións deportivas de Cerceda para ofrecerlles unha exhibición de baloncesto ao alumnado de sexto de primaria e de primeiro e segundo de secundaria do colexio O Cruce. O encontro entre os deportistas e os estudantes comezou por unha charla, que deu paso a un coloquio no que os escolares puideron formularlles preguntas aos baloncestistas. De seguido, procederon á exhibición deportiva. Tamén houbo tempo para as fotos, pero xusto antes os xogadores repartiron entradas para que os estudantes puidesen acudir a un dos partidos da baloncesto disputados polo equipo na Coruña. O Concello de Cerceda fletou un bus para que os adolescentes interesados asistisen de balde ao encontro entre o Basquet Coruña e o Barcelona. No descanso actuou a escola Presto Vivace, con alumnado procedente da escola de música e baile de Cerceda.
Crónicas - Marzo 2014
23
OPINIÓN TRIBUNAS DA COMARCA
Unha sentenza que fai xustiza Por Alberto Vila González A publicación da sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea do pasado 27 de febreiro de 2014 que declara a ilegalidade do Imposto sobre as Vendas Minoristas de Determinados Hidrocarburos (IVMDH), denominado coloquialmente “céntimo sanitario”, pon fin a un debate aberto a moitos niveis xa desde o seu nacemento hai aló máis dunha década sobre a súa máis que dubidosa legalidade, e ao mesmo tempo ábrese a porta definitivamente ao proceso de reclamación de devolución deste imposto, que de feito en APETAMCOR xa iniciamos para moitos transportistas a finais de 2009 cando xa todo apuntaba cara unha sentenza como a que se acaba de producir. Así mesmo, cómpre dicir que a sentenza do 27 de febreiro é moi satisfactoria para o sector do transporte por estrada porque, ademais de concluír que o IVMDH é contra-
rio ao dereito comunitario por vulnerar a Directiva europea sobre Impostos Especiais, tamén recolle literalmente que non procede limitar no tempo os efectos da mesma tal como solicitou o Goberno español ao propio Tribunal de Xustiza da UE, ao entender este Tribunal que o Goberno non actuou de boa fe ao manter o IVMDH en vigor durante máis de dez anos, non atendendo ás advertencias que desde as institucións europeas se lle trasladaron sobre a posible ilegalidade do imposto en varias ocasións. Polo tanto, desde o sector non podemos máis que felicitarnos pola sentenza, porque cremos que por fin se fai xustiza, e ao mesmo tempo demandar de forma clara aos Gobernos español e galego celeridade administrativa no proceso de devolución do imposto aos transportistas a medida que se vaian presentando as correspondentes reclamacións
Os paxariños da Alameda Os paxaros non deberían andar de xeonllos. A súa anatomía non está feita para eso. Non. Pero en cambio na comarca hai un paxaro senlleiro que está tan afeito a andar de xeonllos que hai xa anos que non lle funcionan as ás. O peor é que el pensa que si. E de vez en cando insiste, teima en voar. Pero non hai maneira. Tanto se afixo ás xenuflexións, tan ben o pasou con elas, tanto as aproveitou, que agora a súa penitencia, a súa eterna condena, vai ser non volver despegarse do chan. Cun agravante, o camiño cada vez ten máis pedras... Despois está o pato rabilongo, que algunha vez foi confundido cun merlo e que quizais resulte ser un miñato. Tal cal. O exemplar, que cada vez se deixa ver máis pola Alameda, ten perplexos os ornitólogos. Agora descubríronlle comportamentos de cuco, por aquelo de andar poñendo de niño en niño. Ou
de devolución na vía administrativa, xa que para moitos este diñeiro vai ser un auténtico balón de osíxeno dada a situación económica tan difícil que arrastran tras seis longos anos de crise económica. No caso concreto de Galicia, as nosas estimacións son que o conxunto do sector do transporte de mercadorías galego ten dereito a percibir como devolución do imposto declarado ilegal un importe que superaría os 150 millóns de euros, sen incluír os xuros xerados nestes anos. Como exemplo ilustrativo, un camión de transporte pesado que consumiu 40.000 litros de carburante no ano 2012 repostados na súa totalidade en estacións de servizo de Galicia, soportou un IVMDH de 1.440 euros. Neste contexto, co obxecto de xestionar do xeito máis coordinado e eficaz posible o proceso de trami-
tación de todo o caudal de reclamacións dos transportistas galegos que de modo inminente se nos aveciñan, APETAMCOR decidiu constituír conxuntamente con outras asociacións de transportistas de Galicia a Plataforma Galega pola Devolución do Céntimo Sanitario ao Transporte. Galicia, 12 de marzo de 2014. ALBERTO VILA GONZÁLEZ Xerencia e Coordinación Xeral Asociación Empresarial de Transporte de Mercadorías por Estrada de Galicia (APETAMCOR)
Sección de chíos, murmuracións e faladorías pilladas polo aire, unhas máis certas que outras
simulalo. Porque nin sequera ten ovos! E aínda ha pensar que pode manter o teatro moito tempo... Xa debería saber que non vai ser así, sobre todo se, como lle gusta, quere o papel de protagonista. Noutras terras, os gaivotos puxéronse moi nerviosos. Non soportan nin o mínimo cambio na paisaxe (é un dicir, que ben que a fan e desfan ao seu antollo...) e cando hai algunha mudanza remexen as ás todo o que poden. Entre o que sucede no niño alleo, alzado sobre unha nova roseira, e as traizóns sibilinas do niño propio, xa non teñen claro que facer. Saben ben que todo depende deles mesmos, que malo será que agromen as flores, pero ao mesmo tempo observan como no seu niño non caben pallas vellas. Por eso os máis novos só pensan en facer limpeza, retirar toda a maleza. Uns entenden que deben facelo agora, canto antes, e aproveitar o ano que lles queda por diante. E outros,
máis inspirados polos meandros do Tambre, suxiren deixar a limpeza para o último momento. Pode que teñan que meter o lixo debaixo da alfombra, pero polo menos aseguraríanse de non atrancar as correntes e mandar as augas ao prado vello. Ese é o dilema, pero titobean tanto... O diñeiro, o capital, o parné, non dan a educación. Máis ben fan perder as formas. Mesmo en público e en terreo sacro. Demostrouno o quebranoces, cego de inútil carraxe.
Volvendo á comarca, os observadores pregúntanse canto tempo seguirá voando a charrela pola zona. Está claro que non se adapta ao ecosistema, que non se reproduce, que nin sequera mantén o niño en pé, que padece con calquera inclemencia da meteoroloxía por leve que sexa... Pero aí continúa, saíndo a pasear de vez en cando, rodeada de gaivotos e cegoñas, e fardando de posición. A única explicación é que se colocou nun niño libre, ao que lle peta o vento do norte e que non é codiciado por ninguén... E a vivir do conto.
Entre que o pan non resiste e que a cebola resultou fugaz, ao corvo podre non lle sae o bocadillo. Agora pode permitirse estar a dieta, pero o que máis lle fastidia é ter que tragar o orgullo. Din que o seu don xa non dá, porque o que deu xa non dá, o que non deu non dá, e o que aínda dá non dará. Máis vergonza.
Quéixanse algúns seguidores de que non entenden estes chíos. Outros teñen dúbidas de se interpretan ben. E despois están os que cren que os decodifican con nitidez, sentíndose aludidos e ás veces molestándose. Aquí parécenos que uns entenden máis do que din e outros son menos importantes do que cren.
Crónicas
Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.
Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Dirección: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com Depósito Legal: C 900 - 2013 Imprime: Publicacións Tameiga, S.L.
OROSO A entidade desenvolve un proxecto deportivo e pedagóxico ao que asisten máis de 25 alumnos
O Club Xadrez Oroso logra o ascenso de categoría no primeiro ano de competición O xadrez ábrese paso con contundencia na comarca. O Club Xadrez Oroso acadou hai uns días o subcampionato na terceira división galega, o que lle permite o ascenso automático. Así, na vindeira tempada xogarán en segunda división. O mérito é aínda maior se se ten en conta que se trata do primeiro ano en competición oficial da entidade, na que declaran ter unha “gran satisfacción”. Non é o único éxito do club, xa que nos últimos tempos o seu xogador Martíne Pena venceu no campionato provincial sub-12 e Carmen Míguez foi quinta na categoría feminina dese mesmo campionato. En sub-14, destaca o cuarto posto de Pena e o terceiro feminino de Sara Míguez. A entidade de Oroso xogaba este ano con dous equipos na Liga. Un é o Club Xadrez Oroso (CXO), formado cos xogadores con maior experiencia. Intégrano nove xogadores, que foron rotando xornada tras xornada ao ser catro o máximo de xadrecistas que
poden competir semana a semana. A maiores, dispoñen da Escola de Xadrez de Oroso (EXO), na que se ubican os xogadores máis novos, os que están comezando na competición. Non obstante, para “compensar o equipo”, tamén está na EXO algún dos veteranos. En total, neste equipo hai once xadrecistas, dos que dúas son mulleres e desenvolveron tamén un extraordinario labor na liga recén rematada, tal como destaca o club. PEDAGOXÍA Os éxitos deportivos supoñen un recoñecemento, animan e chaman a atención. Dan titulares. Pero quizais non sexan o máis importante para o Club Xadrez Oroso, á vista do proxecto pedagóxico que desenvolve. Semanalmente acoden a esa escola máis de 25 alumnos, tanto nenos como adultos. Ao cargo das clases está o mestre Roberto Patiño, un auténtico adestrador de mentes xadrecistas, que xoga no equipo da USC e
O Club Xadrez Oroso espertou o interese da poboación por este deporte
foi campión galego. A entidade, que preside Juan Ramón Salgueiro Aguirre, considera que o seu proxecto non sería posible sen
os xogadores, as súas familias, os socios e o Concello, que lles cede as instalacións. Por eso, só teñen palabras de agradecemento.