Cronicas comarcadeordes n40 abril2017

Page 1

Crónicas

Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 40 - Abril de 2017

Martínez Sanjurjo: “Empézase a ver que o cambio pagou a pena” Entrevista de Crónicas ao alcalde de Ordes. Case na metade do mandato, e coa recente crise política pola

perda de dous concelleiros, José Luis Martínez Sanjurjo defende que obras como a da estrada de Mercurín, xa

iniciada, ou a senda da Brea, licitada, fan patente “o noso traballo calado” e confirman, tal como o valora el, que “o

cambio en Ordes mereceu a pena”. Sorprendido e molesto coa situación creada, apela ao diálogo. Páxs. 20-21

Acabouse a espera

ORDES

Versións que non casan na falta de médicos no PAC Páx. 14

FRADES

Envelenan con lixivia un treito do río Samo en Abellá Páx. 16

CERCEDA

Xa funciona a nova planta de residuos de Gesuga Páx. 25

OROSO

Aprobado o orzamento, que fica en 6,15 millóns Páx. 10

Comezan por fin as obras na estrada entre Merelle e Cerceda COMARCA

O acordo faise imposible no conflicto do seixo

Páx. 2

COMARCA Páx. 4

MESÍA-ORDES-OROSO

Os Concellos presionan para cobrar todo o IBI da AP-9

Páx. 6

Xa hai compostelas do Camiño Inglés desde A Coruña Páx. 27


Crónicas - Abril 2017

2

ACTUALIDADE COMARCA O sector primario rexeita os proxectos de Erimsa e a empresa defende que non expropiará nin danará

Posturas irreconciliables no conflicto do seixo Os proxectos da empresa Erimsa para obter seixo en terreos de Mesía, onde os trámites da iniciativa están máis avanzados, e de Frades, Ordes e Oroso, están ocasionando unha considerable tensión social. Mentres

que a compañía renuncia a expropiar e defende que o seu método de traballo non causou incidencias en trinta anos, explotacións agrarias, sindicatos e o Concello de Mesía vena incompatible co sector primario.

O SLG denuncia que a empresa quere desactivar a alarma social

Erimsa promete o aluguer voluntario sen expropiar terreo

O Sindicato Labrego Galego (SLG), unha das organizacións que máis se pronunciou en contra dos proxectos de Erimsa na comarca, dentro da plataforma ContraMINAcción, denuncia un intento da empresa de desactivar a alarma social xerada. É unha estratexia que o sindicato apreza desde a propia articulación dos proxectos na comarca, presentados de forma “fragmentada” en dez de un conxunto. Ao de Xanceda, que afecta sobre todo a terreos de Mesía e que xa está en fase de exposición pública, hai que sumarlle outros tres en fase de investigación, con incidencia en Frades, Ordes e Oroso. En conxunto, segundo datos do SLG, os proxectos acadan 6.721 hectáreas, máis de duascentas granxas e cincocentos postos de emprego directos. A concesión de Xanceda sería unha das de menor tamaño, con 781 hectáreas, e co proxecto extractivo en exposición pública de 210, de te-

Ante a situación creada, a compañía Erimsa convocou unha reunión informativa en Xanceda. Ante máis de cen persoas, explicou o seu proxecto e expresou os seus compromisos. O principal é que renuncia “expresamente” ao dereito de expropiación que lle outorga a lei de minas de 1973. A empresa recoñece a “preocupación” que xera o seu traballo e que a gandería é a principal actividade económica. Nese sentido, animou a institucións, sindicatos e asociacións a suscribir un documento cos compromisos de cadaquén. En todo caso, Erimsa tamén anunciou que rexistrará ante notario a súa renuncia expresa ao dereito de expropiación, como explicou o director do proxecto, Florencio Quirós. O segundo piar das explicacións da firma mineira é que sempre traballou sen que houbese incidentes cos propietarios de terreos. Entre os exemplos que citou, figura a extracción en terreos

rreos das parcelarias de Xanceda e de Papucín, xa en Frades. Serían preto de cen postos de emprego directos ameazados en 26 explotacións, algunha delas do renome da Casa Grande de Xanceda, referente na produción ecolóxica. Por iso, o rexeitamento aos proxectos mineiros fundaméntase en que entran en colisión “coa declaración da comarca de Ordes, incluídos os municipios de Frades e de Mesía, como de especial interese agrario”, coa que contan desde hai case dez anos. As persoas e entidades contrarias á explotación do seixo rebátenlle á empresa que os terreos si sufrirían unha “deterioración irreversible” na súa estrutura e estabilidade. Explican que se limitaría o desenvolvemento das raíces dos cultivos, por tanto prexudicando a rendibilidade. Tamén sinalan que a terra tenderá a drenar mal e non infiltrar ben a agua, o que dificultaría o laboreo e a nascencia dos distintos cultivos.

da SAT Regueiro Branco, entre Frades e Ordes, que ten unhas 450 reses e leva tres anos alugando terreos a Erimsa, renovando neste mesmo exercicio. A empresa expón que desde 1991 rexistrou máis de seiscentos documentos de devolución de fincas en Frades, Mesía, Ordes e Oroso. “Os seus propietarios ratifican que se lles devolveron en perfecto estado para continuar coa súa actividade anterior”, manifesta Erimsa. O sistema de traballo de cribado do terreo no novo proxecto sería o mesmo que se utilizou ata agora. Os propietarios terían “pleno uso” das terras ata que comece o cribado. Devolveríanse no menor tempo posible, e Erimsa “garantirá a súa productividade”, segundo indica a propia mineira, que tamén se comprometeu a respectar as edificacións das granxas, vivendas, infraestruturas públicas, zonas de valor ambiental e cultural, ríos e viais.

Alegacións veciñais, sindicais e do Concello de Mesía As alegacións presentadas contra o proxecto de Erimsa en Xanceda (Mesía) achéganse ás 250. En numerosos casos foron impulsadas polo Sindicato Labrego Galego (SLG) e foron presentadas pola veciñanza, explotacións e empresas que se consideran afectadas. O Concello de Mesía tamén alegou, mentres que o de Frades non se pronunciou. Boa parte dos escritos rexistráronse no consistorio de Mesía para seren dirixidos á Xunta de Galicia, posto que esta é a Administra-

ción á que lle corresponde a tramitación deste tipo de proxectos e será a que teña a última palabra sobre a estimación, ou non, das alegacións. En liñas xerais, os documentos insisten na “incompatibilidade” das aspiracións da compañía mineira co avance das producións agrarias e gandeiras, nunha zona que se distingue como das de maior produción de leite e lácteos de Galicia. O alcalde de Mesía, Mariano Iglesias, incide, en declaracións a Crónicas, en que “somos unha zona gan-

Crónicas

Concentración en Xanceda contraria ao plan de extracción de seixo de Erimsa

deira e queremos que siga sendo”. O rexedor fai fincapé nos problemas que a extracción de seixo ocasionaría na base territorial das granxas e o

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

risco de perda de emprego. No Parlamento, o BNG pediulle á Xunta que se posicione a carón dos Gandeiros e non dos intereses de Villar Mir.

Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Tameiga. Peche de edición: 21-04-2017. Depósito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com


Crónicas - Abril 2017

3

ACTUALIDADE www.ceramicaverea.com

Verea, primeiro fabricante español de tellas cos certificados

Aenor de calidade e medioambiente segundo as novas normas ISO O fabricante de tellas Verea (Mesía, A Coruña) acaba de acadar os certificados Aenor de calidade e medioambiente, dacordo coas novas normas ISO 9001:2015 e ISO 14001:2015. A compañía, que leva máis de 20 anos certificando a calidade dos seus produtos, convértese así no primeiro fabricante español de tellas en adaptar o seu sistema de xestión ao novo marco destas normas internacionais, publicadas en 2015.

De esquerda a dereita: Luis Verea, conselleiro delegado de Cerámica Verea; Martín Pita, director Delegación Aenor en Galicia e José Miguel Rodríguez, director de Calidade de Cerámica Verea.

A compañía galega mantén a súa vocación de mellora continua e reforza o seu compromiso coa calidade dos seus produtos e o coidado do medioambiente. Foi o primeiro fabricante de tella en inscribirse no Rexistro de Pegada de Carbono, Compensación e proxectos de Absorción de CO2 do Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente (Magrama) en 2015, e é o único do sector co certificado que outorga o Regulamento Comunitario de Ecoxestión e Ecoauditoría, EMAS, dende 2005.

Tellas que superan máis de 500 ciclos de xeo-desxeo

0

17

anive

-2 1967

T

S IS TE N

RE

-2

io

Verea conta cunha fábrica en Mesía, A Coruña, con capacidade para fabricar 50 millóns de tellas ao ano. A compañía, con 50 anos de experiencia, está presente en máis de 20 países e conta cunha plantilla de 45 traballadores.

1967

ar

io

años

SISTENT

50

T

17

Todas as tellas fabricadas en Verea teñen a clasificación de nivel 1, o máis esixente da Unión Europea, que obriga a que as tellas superen 150 ciclos de xeo-desxeo. As tellas Verea están deseñadas para soportar condicións climáticas máis adversas, xa que superaron con éxito máis de 500 ciclos de xeo-desxeo en probas realizadas en laboratorios externos.

50 anos de experiencia

rs

ar

0

anive

FROS

Un dos principais cambios da norma ISO 9001 é a obriga de ter un maior control sobre todo o ciclo de vida do produto, dende a extracción das materias primas ata o fin de uso do produto. A área de calidade de Verea leva 12 anos reducindo o impacto ambiental tanto nas canteiras como durante o proceso industrial e o final de uso do produto, cun plan de reciclaxe.

A LA HE L A DA

E

RE

Máis control sobre todo o ciclo de vida do produto

CERÁMICA VEREA, S.A. Lanzá, s/n 15685 Mesía (A Coruña) — España Tel: 981 687 053 / Fax: 981 687 071 ventas@ceramicaverea.com www.ceramicaverea.com

rs


Crónicas - Abril 2017

4

ACTUALIDADE ORDES A conselleira anuncia que o investimento, de 2,3 millóns de euros, estará rematado “o vindeiro ano”

Comezan as obras na estrada de Mercurín Anos e anos de degradación da estrada, de proxectos de financiación fallida e de desentendemento das administracións remataron o pasado 18 de abril co comezo das obras de mellora na estrada que comunica o polígono industrial de Ordes con Cerceda, a través de Mercurín. Os traballos estarán rematados “o vindeiro ano”, prazo un tanto difuso que ofreceu a pé de estrada a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, acompañada na súa visita polo alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, o delegado provincial da Xunta, Ovidio Rodeiro, e responsables da execución do proxecto. O investimento no vial será de 2,3 millóns de euros. Consistirá no ensanche e acondicionamento de case sete quilómetros de estrada, que desde hai arredor dun ano deixou de ser de titularidade municipal para pasar a pertencer á Xunta. A calzada acadará así unha anchura de nove metros, aumentando os dous carrís e construíndo beiravías nas dúas marxes, que ata agora non existían. Tamén se renovará o firme e serán melloradas as principais interseccións, coa habilitación de carrís

A conselleira de Infraestruturas, flanqueada polo alcalde de Ordes e o delegado da Xunta, escoita as explicacións sobre a obra

de aceleración e desaceleración en determinados puntos, semiglorietas para facer máis seguros os cambios de sentido, ou unha rotonda no acceso ao vertedoiro da Areosa que facilitará xiros en todos os sentidos sen

prexudicar a seguridade. A conselleira sinalou que o proxecto servirá para facer máis cómodos e seguros os desprazamentos da veciñanza da zona, do persoal que se despraza a diario a traballar nos

polígonos de Ordes e de Cerceda, ou dos visitantes do parque acuático de Cerceda. Tamén será un vial máis adecuado ás necesidades do tráfico pesado que pasa pola zona, tanto o que vai aos polígonos como a Sogama.

TORDOIA

TRAZO

O Concello e a Deputación investirán máis de 69.000 euros para unha rúa en Pontepedra

Novo tramo de senda peonil ata a praia fluvial de Chaián

O Concello de Tordoia e a Deputación da Coruña investirán 69.400 euros para a apertura da Rúa Mosqueiros en Pontepedra, a capital municipal. A obra será financiada mediante un convenio de colaboración entre as dúas administracións, do que se deu conta nunha sesión recente do pleno municipal. Segundo o acordo, a entidade provincial achegará a maioría do diñeiro, en concreto o 80%, mentres que do erario local sairá o 20% restante. Aínda que non hai unha data exacta para o remate das obras, o goberno de Tordoia asegura que “serán unha realidade en breve”. O executivo local explica que a apertura da rúa viña sendo moi demandada polos veciños da zona. Na mesma intervención, está previsto crear unha senda peonil cara á piscina municipal, de

maneira que se facilite o acceso á instalación, moi concorrida nos meses do verán. CONVENIO COA S.D. TORDOIA Por outra parte, na mesma sesión plenaria aprobose un convenio entre o Concello e a Sociedade Deportiva Tordoia, que implica a concesión dunha subvención de 9.000 euros para a entidade deportiva. A finalidade é contribuír a apoiar o desenvolvemento de actividades de interese común. OBRADOIRO Unha última novidade de relevancia que deparou a sesión foi a solicitude dun novo obradoiro de emprego conxunto entre os Concellos de Cerceda, Tordoia e Trazo, que servirá para rematar o acondicionamento da reitoral de Anxeriz como centro cultural.

A Deputación da Coruña financia un novo tramo da senda peonil entre A Polveira e a praia fluvial de Chaián, en Trazo. A entidade provincial achegará 55.000 euros para a obra, un 75% do total, mediante un convenio de colaboración co Concello, ao que lle corresponde pagar un de cada catro dos case 74.000 euros nos que se orzamenta o proxecto. A senda, duns 330 metros, partirá do lugar do Porto e chegará ata o desvío ata Castiñeiras. Forma parte dun proxecto máis amplo para construír un total de dous quilómetros con beirarrúa desde A Polveira ata a praia fluvial. O proxecto, xa aprobado polo pleno provincial a finais de marzo, procura mellorar a seguridade vial e facilitar o tránsito a pé entre as distintas vivendas e locais existentes. A nova senda terá unha anchura mínima de 1,8 metros e máxima de 2 metros. Estará pavi-

mentada con formigón e contará con bordes seguros. Na súa execución, está previsto excavar o terreo para despois cubrir o oco con medio metro de solo seleccionado e 25 centímetros de zahorra artificial. Á vez, estas obras permitirán que a calzada gañe medio metro de anchura, ao que se lle aplicará unha capa de zahorra e un tratamento en superficie de tres regos asfálticos. O proxecto será así de utilidade para facer máis cómoda e segura a circulación rodada no vial beneficiado. De acordo co proxecto, tal como detallou a Deputación da Coruña, está contemplada tamén a execución de redes de drenaxe e pluviais e de abastecemento de auga potable, así como a instalación dunha canalización de PVC para que, nun futuro, poidan pasarse por eles os cables de servizo eléctrico para o alumeado público.


Crรณnicas - Abril 2017

5

PUBLICIDADE


6

Crónicas - Abril 2017

ACTUALIDADE

ORDES

COMARCA Forman unha fronte común para eliminar unha bonificación do franquismo

Piden unha solución para os cortes de subministración de auga na Rúa Nova

Os Concellos polos que pasa a AP-9 presionan para cobrarlle todo o IBI

Unha das roturas da canalización

O BNG de Ordes emprazou ao Concello a solucionar as interrupcións reiteradas do servizo de subministración de auga potable na Rúa Nova. O servizo viuse afectado en varias ocasións pola rotura das canalizacións, de fibrocemento. Pablo Vidal, portavoz local do Bloque, asegura que en novembro xa propuxeran cambiar as tubaxes da Rúa Nova e da Rúa de Galicia con cargo a un plan provincial de obras, instalando outras de polietileno. “O alcalde negouse rotundamente a presupostar a nosa proposta”, lamentan os nacionalistas.

É unha vella batalla que non acaba de ser gañada. Os Concellos polos que pasa a autoestrada AP-9 volven intentar cobrarlle a Audasa, a empresa concesionaria da infraestrutura, toda a contía do Imposto de Bens Inmobles (IBI). Agora só paga o 5% do que lle correspondería, posto que se beneficia dunha bonificación do 95% establecida nos últimos anos do franquismo, cando se comezou a proxectar o vial. Na comarca, embárcanse no intento Mesía, Ordes e Oroso. Quen capitanea desta vez é Abegondo, que convidou os gobernantes dos municipios da provincia afectados pola AP-9 a sumarse á petición. O alcalde desa localidade, José Antonio Santiso (PP), contactou con asesores xurídicos en Madrid para acudir á Unión Europea para eliminar a exención. Santiso explicou que o goberno central abriu hai unhas semanas a posibilidade de suprimir o desconto na contribución a Audasa. Non obstante, tamén contemplan apelar á Lei de Réxime de Bases Local, que im-

Audasa só paga o 5% do que lle correspondería do imposto de bens inmobles

pide que unha administración estableza exencións nun imposto que lle competa a outra, como sería o caso do IBI. Outras estradas de pago galegas xa non gozan da bonificación que aínda mantén a AP-9. O cobro de todo o IBI suporía un considerable aumento dos ingresos para os Concellos polos que pasa,

sobre todo naqueles cun maior percorrido do trazado ou con peaxes. Como exemplo, Abegondo pasaría de ingresar uns 30.000 euros a preto de 600.000 euros anuais. Cómpre ter en conta que é un dos municipios máis afectados pola autoestrada, con vinte quilómetros de vial e diversas infraestruturas.


Crรณnicas - Abril 2017

7

PUBLICIDADE


Crónicas - Abril 2017

8

ACTUALIDADE ORDES

ORDES - CERCEDA O proxecto sae a concurso por un máximo de 202.000 euros

O Centro Comarcal segue sen uso tres anos despois da súa reversión ao Concello

A Deputación avanza os trámites para contratar a obra da senda peonil da Brea

O BNG reclama activar o edificio

O Centro Comarcal de Ordes continúa pechado e sen uso tres anos despois de que a Xunta e o Concello formalizasen a súa reversión á titularidade municipal. O BNG reclamou que se poña en marcha o viveiro de empresas proxectado no inmoble e que tamén se saque a concurso a cafetaría das instalacións. Aseguran que o investimento necesario sería “mínimo”, e prioritario fronte ao futuro centro sociocomunitario, valorado nuns 600.000 euros. O alcalde explicou que están avaliando a viabilidade da apertura e agarda unha posible solución durante este ano 2017.

ORDES

Emprazan a Fomento a reparar o vial de cambio de sentido na N-550 próximo a Internaco O pleno de Ordes aprobou por unanimidade unha proposta da concelleira non adscrita Beatriz Martínez para solicitarlle a Fomento reparar o vial de servizo e cambio de sentido no punto quilométrico 33 da N-550, á altura da empresa Internaco. A iniciativa describe o mal estado no que se atopa o firme dese punto, que serve tanto para dar a volta na estrada como para acceder a empresas e vivendas da zona. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, explicou que nas súas reunións de traballo con Fomento trasladou as necesidades que presenta a N-550 en todo o municipio, tamén este cambio de sentido. A resposta que obtivo é que neste momento carecen de recursos suficientes. Paula Castenda (BNG) lembrou que o seu grupo leva varios anos efectuando esta petición e esixiulle ao PP que presione ao ministerio. Roberto González (UxO) cre que o Concello podería asumir o arranxo do vial se non o fai Fomento. O alcalde non o descarta.

A Deputación da Coruña licitou as obras de construción da senda peonil na zona da Brea, en Ardemil (Ordes). O investimento será dun máximo de 201.918 euros, que as empresas que aspiren a facerse co contrato poderán rebaixar coas súas propostas. A senda terá unha lonxitude de 1.700 metros. Transcorrerá pola estrada DP 2405, que vai desde o Mesón do Vento ata Cerceda, entre os puntos quilométricos 5,82 e 7,51. Conectará coa beirarrúa xa executada na zona ata completar todo o itinerario entre o Mesón do Vento e o límite con Cerceda. A anchura da nova senda será de ata dous metros. Levará unha capa de 55 centímetros de solo seleccionado e 20 centímetros de zahorra artificial. Todo será recuberto por unha capa de formigón pintada de verde, a mesma cor das demais sendas da contorna. O proxecto contempla tamén instalar pasos de cebra e sinalización vertical nova. As zonas colindantes rozaranse e plantarase céspede, se-

A senda favorecerá o tránsito a pé na zona da Brea ata a central térmica de Meirama

gundo explicou o goberno do organismo provincial. Ao remate das obras, que non deberán exceder os seis meses de prazo desde que comecen, as cunetas quedarán recubertas con lousas de formigón e terán desaugadoiros para garantir a correcta evacuación da auga.

ORDES

ORDES

Reábrese o debate sobre a aplicación da zona azul de balde Volve o debate sobre a regulación do estacionamento en Ordes. Esta vez, a raíz dunha proposta do BNG para que a Ordenanza Reguladora do Aparcamento (O.R.A.) se suprima e se implante a zona azul de balde. Os nacionalistas argumentan que “o actual sistema non remata de solucionar o problema do estacionamento na vila”, polo que suxiren que se aplique un sistema semellante ao de Carballo, que consideran un “éxito”. Pablo Vidal, portavoz municipal do Bloque, explica que “na actualidade as prazas de estacionamento da zona O.R.A. están desertas e o resto das rúas masificadas con coches aparcados”. Coa zona azul gratuíta, engade, conseguiríase a rotación no estacionamento e sería “racional e positivo” ampliar o estacionamento regulado a máis zonas, cre. A proposta do Bloque xa foi tratada a finais de marzo nunha co-

A senda facilitará un acceso a pé seguro ata a central térmica de Meirama e por toda a zona da Brea por onde discorre na súa maior parte. Para as obras, prevese a eliminación de diversas barreiras arquitectónicas, de maneira que a senda servirá para ser utilizada por persoas con mobilidade reducida.

misión informativa de Urbanismo, Obras e Tráfico. Foi a raíz dunha iniciativa do colectivo de comerciantes para demandar unha ampliación da área de influencia da ORA. Os nacionalistas concordan con esa petición, pero incorporando a gratuidade. Non obstante, o debate non estaba o suficientemente maduro e todo indica que a proposta se podería tratar na sesión plenaria correspondente ao mes de maio, dando marxe para que sume suficientes apoios políticos. Polo demais, a iniciativa do Bloque inclúe tamén a petición de que se delimiten prazas de aparcadoiro nas parcelas que diversos particulares cederon para tal fin na capital ordense. Pide ademais o BNG que se estude unha bonificación do Imposto de Bens Inmobles (IBI) neses terreos, co propósito de que máis persoas propietarias se animen a ceder outros espazos.

Avaliarán a posible retirada do pulsador do semáforo no cruce da rúa de Galicia A instalación dun pulsador para o semáforo que regula o acceso á avenida de Alfonso Senra desde a rúa de Galicia, en Ordes, non está sendo do agrado de todo o mundo. O asunto mesmo chegou ao pleno municipal e o alcalde comprometeuse a avaliar unha posible retirada do equipo, aténdose ao que digan os expertos. O BNG considera que o pulsador nese punto “non é comprensible nin razoable” e cre que se debe manter o anterior sistema, que daba paso automaticamente aos peóns á vez que pechaba o tráfico en Alfonso Senra. Cren que o pulsador pode levar a equívocos a usuarios despistados. Sen embargo, o rexedor expuxo que o pulsador desa intersección, aconsellado pola Policía Local, ten unha maior seguridade, posto que ante a demanda dun peón impide tamén o paso dos vehículos procedentes da rúa de Galicia. UxO considera o interruptor pouco axeitado para ser utilizado por parte de persoas con discapacidade visual.


Crรณnicas - Abril 2017

9

PUBLICIDADE


10

Crónicas - Abril 2017

ACTUALIDADE As principais obras previstas este ano Os investimentos reais previstos polo Concello de Oroso nos orzamentos para 2017 suman case 1.764.000 euros. Deles, uns 700.000 vanse utilizar en melloras nas infraestruturas deportivas, entre elas a construción dun novo campo de fútbol municipal (471.000 euros) e a ampliación da piscina (99.000 euros). Outros 46.000 euros resérvanse para renovar a iluminación dos campos de fútbol de Sigüeiro e de Deixebre, onde se instalará unha rede de rego. Para os centros educativos, están previstos 110.000 euros, con obras como o paso cuberto no CEIP de Sigüeiro e o peche da pista deportiva do CEIP do Camiño Inglés. Non obstante, a parte máis voluminosa dos investimentos vaina consumir a rede viaria municipal, con melloras en pistas e estradas de diversos lugares de todo o municipio, colocación de sinalizacións e a reurbanización de tres rúas en Sigüeiro: Tras da Torre, Camiño do Refuxio e O Barreiro.

OROSO Os investimentos acadan preto do 29% dos recursos previstos para este ano

Aproban 6,15 millóns de orzamento co único voto en contra de Anova Os orzamentos do Concello de Oroso para este ano 2017 ascenden a 6.154.000 euros. É unha contía menor que a do pasado exercicio, cando se situaran en máis de 6.322.000 euros para gastos. As contas deste ano aprobáronse co voto a favor do goberno (PSOE) e do BNG, mentres que o PP optou pola abstención e Anova votou en contra. Para o alcalde, Manuel Mirás, o máis relevante é que este ano o Concello prevé investir case 29 de cada 100 euros dos que dispón. Tamén destacou a capacidade de autofinanciarse do Concello e agarda que o goberno central rectifique a lei e permita investir o aforro xerado o ano pasado, duns 600.000 euros. Alexander Doval, voceiro do PP, criticou que determinadas partidas resultan demasiado cuantiosas sen ser para aspectos prioritarios. Polo demais, o principal grupo da oposición considerou que os orzamentos “non están mal, o importante é que se executen”. O PP, que sopesou incluso o voto a favor, destacou que se

Sesión plenaria da corporación de Oroso na que se aprobaron os orzamentos

inclúan melloras no campo de fútbol de Deixebre. Siverio Mirás, o concelleiro de Anova, xustificou o seu voto en contra porque os orzamentos “non están mal, pero arrastran problemas que non se dan subsanado”. O edil anunciou que presentará alegacións, o que lle desagradou ao alcalde porque “o único que vai conseguir é retrasar a aprobación definitiva do orzamento e cobrar un pleno máis porque non hai irregularidade nin-

gunha”, manifestou Manuel Mirás, á vez que sinalou que o informe de Intervención é favorable. Por parte do BNG, Xosé Manuel Pérez agradeceu que o goberno aceptase incluír nos proxectos de investimento dúas propostas que os nacionalistas veñen efectuando desde hai tempo. Son unha pasarela no CEIP Sigüeiro e o peche do polideportivo do CEIP do Camiño Inglés. Perez demandou de novo a reparación da rúa da Ulloa.

ORDES

FRADES

PP e UxO discrepan sobre como cumprir os acordos plenarios

Rematan as obras nas tres pontes que estragara o tempo

O controvertido pleno municipal extraordinario do pasado 1 de marzo segue dando que falar en Ordes. Na sesión, a oposición aproveitou o novo escenario, co goberno local en minoría, para nomear novos representantes do Concello en diversos organismos, marcar novas contías por asistencia a plenos e comisións, e reducir o soldo do alcalde. É sobre todo o nomeamento de representantes en organismos como os consellos escolares ou a Mancomunidade o que ocasiona a maior polémica. UxO, principal grupo da oposición, acusou ao alcalde de querer “bloquear” o cambio de representantes e cuestionou etica e politicamente a actitude, sen descartar outras “responsabilidades administrativas ou penais”. Por iso, solicitou un informe do secretario municipal. O informe, do que xa se deu conta no pleno, conclúe que o alcalde deu cumprimento do acordo

“procedéndose a dar traslado aos órganos colexiados afectados do contido do mesmo dentro de prazo de notificación dos actos administrativos”. Non obstante, tamén advirte a existencia dun “conflicto de competencias entre dous órganos municipais [a Alcaldía e o Pleno] en materia de nomeamento de representantes da corporación en órganos colexiados”. O rexedor, José Luis Martínez Sanjurjo, cre que UxO debería ter retirado o seu rogo á vista do informe técnico, negou que tivese vontade de incumprir o acordo e ratificou que interpuxeron un recurso contencioso. En cambio, Silvia Marín (UxO), que recibiu dúas chamadas á orde nesta cuestión, replica que “se vulneraron dereitos fundamentais dos concelleiros por revocar un acordo plenario” mediante un decreto da Alcaldía. “A corporación decide os representantes da corporación”, expuxo.

O investimento autonómico nas tres pontes foi duns 120.000 euros

Remataron as obras de acondicionamento de tres pontes en Frades que presentaban unha grave deterioración por mor da súa antigüidade e os efectos de temporais recentes. A Consellería de Medio Rural asegura que investiu uns 120.000 euros nas tres iniciativas: a ponte de Xeza en Mesos, un pontón en

Reboredo e a ponte do Raselo en Gafoi. As obras recibiron a visita da conselleira, Ángeles Vázquez, acompañada por cargos do seu departamento e responsables do Concello, entre eles o alcalde. Roberto Rey demandou a reparación da ponte de Augasantas, na parroquia de Céltigos.


Crรณnicas - Abril 2017

11

PUBLICIDADE


Crónicas - Abril 2017

12

ACTUALIDADE OROSO

MESÍA Situada sobre o Tambre, pasará de ter catro metros de ancho a dez

O PP reclama a reparación da estrada entre a provincial da Grabanxa e o polígono industrial

Concretan o investimento de máis de 300.000 euros nunha ponte en Boado

O vial precisa un acondicionamento

O PP de Oroso reclamou que o Concello habilite unha partida económica coa que reparar a estrada que vai desde a provincial DP-3801, na estrada da Grabanxa á altura da planta láctea, ata a avenida Álvaro Cunqueiro, situada no polígono industrial. Alexander Doval, portavoz do PP local, explicou que o vial presente un estado “moi deficitario”, con fochancas e grava solta. Para darlle unha solución a todo o tráfico que pasa por alí, empraza ao goberno municipal a darlle prioridade a tal investimento. O PP non ve razón para demoralo.

O acondicionamento da ponte sobre o río Tambre en Boado, no límite entre os municipios de Mesía e Boimorto, suporá un investimento duns 312.000 euros. A obra consistirá na reconstrución da infraestrutura, que pasará a ter dez metros de anchura en vez dos catro actuais, claramente insuficientes. A ponte, de dezaseis metros de longo, está situada na estrada municipal que vai desde a N-634 ata a DP-1004 e comunica Mesía con Boimorto. Os dous Concellos solicitaran a súa mellora hai uns meses na Consellería do Medio Rural, que agora acaba de asumir a necesidade do proxecto e comprometer o investimento. A conselleira do Medio Rural, Ánxeles Vázquez, presentou a iniciativa nun acto en Melide, ao que asistiron alcaldes e alcaldesas da contorna, posto que se deron a coñecer outras infraestruturas de interese para as localidades de Melide, Arzúa, Toques, Sobrado e Melide. Segundo o goberno autonómico,

Acto de presentación de diversos proxectos financiados por Medio Rural na contorna

o proxecto da ponte de Boado precisará duns tres meses de execución. Polo de agora, non se coñece cando comezarán as obras, aínda que Medio Rural afirma que estarán incluídas no Plan de Infraestruturas Agrarias 2017. Do conxunto do grupo de actua-

cións, a ponte entre Mesía e Boimorto é a de maior importe. As demais son a reforma da ponte Mazaira entre Toques e Melide, o arranxo da estrada entre Melide e Sobrado e unha ponte entre Arzúa e Melide sobre o río Iso, entre os lugares da Mella e de Baltar.

Benvida á Festa da Troita Benqueridos/as veciños, veciñas, festeiros/as chegados de todos os lados da xeografía galega, medios de comunicación públicos e privados, persoal que traballa nas distintas áreas da organización: Concelleiro de Cultura, Seguridade cidadá, departamento de cultura, deportes, todo o equipo de goberno, voluntarios de Protección Civil, Policía Local, Garda Civil, hostaleiros, animadores, músicos, expositores, barracas de animación, a todos quero darvos as grazas por participar un ano máis na FESTA DA TROITA. A miña intención é que todos e todas vos sintades a gusto nestes tres días de festa, pero sobre todo o día grande, o domingo, no que poderemos degustar á raíña do río a partires das doce mañá na Alameda de Gois e na gran maioría dos establecementos hostaleiros repartidos por todo o Concello. Ás catorce horas chegará o pregón que este ano será pronunciado pola presidenta da Cámara de Gois, Portugal, porque queremos que cada vez a festa sexa máis internacional. Pero a Festa da Troita é algo máis que unha simple festa gastronómica, é tamén un evento deportivo onde se celebra un campionato de pesca sen morte para todo tipo de pescadores e tamén para os máis pequenos no río Carboeiro, un dos seis que surcan o noso territorio. Por outra banda, temos actividades lúdicas e culturais para todos os públicos, para os que lles gustan as boas orquestras e o baile temos o mellor de Galicia; por isto convídovos a que non deixedes de visitar Oroso porque na súa capital, Sigüeiro, celébrase esta gran festa, onde non falta de nada. Por este motivo foi declarada Festa de Interese Turístico Galego no ano 2009, porque conxuga gastronomía, deporte, cultura, animación lúdica e verbena tradicional coas mellores orquestras de Galicia. Antes de pechar este breve saúda quero expresar a miña gratitude a todos os establecementos que fan a degustación gratuíta da troita, pois sen a súa colaboración, esta festa non sería o que é pero tampouco quero esquecer a todos os establecementos que dende tempos inmemoriais fixeron ao noso concello famoso pola boa maneira de cociñar as troitas, pois troitas como as de Oroso-Sigüeiro non as hai nin se cociñan no mundo enteiro. Todos os anos temos algunha novidade, este ano presentarémosvos á mascota da festa e do noso concello que se chama TROI.

Manuel Mirás Franqueira alcalde de Oroso

Unha aperta. Boa festa!


Crónicas - Abril 2017

13

PUBLICIDADE PROFESIONAIS MOI ESPECIALIZADOS, AS ÚLTIMAS NOVIDADES DO MERCADO E ATENCIÓN PERSONALIZADA

OE+, o centro auditivo máis completo “Síntete libre. Con nós podes escoller”. Con esta filosofía chegou a campaña primaveral dos centros auditivos OE+. Empresa 100% galega actualmente presente en dúas provincias, as clínicas OE+ contan cun total de catro audiólogos, un logopeda, un óptico especializado en audioloxía, un enfermeiro especializado en audioloxía. Hoxe entrevistamos aos seus responsables na súa sede no concello de Ordes, situada a 50 metros do centro de saúde desta localidade. Falando cos seus responsables coméntannos que “o cliente que acode ás nosas clínicas adoita ter unha limitación á hora de poder decidir certos aspectos do produto que está a mercar”, en relación coa prescripción dos audífonos, “xa que hai que ofrecer a cada cliente aquela solución máis apropiada para que realmente sinta un cambio a mellor. Este consello por parte do profesional non debe basarse en criterios económicos senón nas características individuais da persoa que temos diante, e aquí o que máis pesa é o resultado do estudio audiolóxico previo que todo paciente ten que facer. Polo tanto, o cliente apenas ten opcións, o que fai que á hora de mercar un audífono a participación sexa mínima pola reducción de posibilidades existentes. Isto levounos a pensar en como ampliar o abano de posibilidades e integrar ao máximo o cliente na decisión final”.

que non poidan costear unha gama superior. En canto á hora de escoller amplíase o número de probas audiométricas gratuítas. Pasando dos tres test audiométricos que fan na maioría de gabinetes aos máis de oito test diferentes que se lle ofrecen ao cliente de OE+ con custo cero. “Queremos que o potencial cliente acuda a nós sen compromiso algún. Que só se preocupe por revisar a sua audición e probe os audífonos máis axeitados; unha vez cumprido o periodo de proba, é entón cando ofrecemos a posibilidade de quedar cos audífonos; non hai que mercalos para probalos”, comentan dende a xerencia de OE+.

O traballo do equipo de OE+ oriéntase sempre á plena satisfacción do cliente

Un ano na comarca de Ordes Sendo o primeiro centro auditivo integral que se abriu fai xa un ano en Ordes, e o único con autorización por parte da Consellería de Sanidade para adaptación tanto de nenos como de adultos, os responsables dos centros auditivos OE+ deciden en outubro de 2016 ampliar a gama de produtos, así como a mellora das condicións de venda de cara a ofrecer a máis ampla carta de solución auditivas feitas a medida do cliente.

- Por que din que son audífonos “verdes”? - (OE+): Porque co uso das novas baterías de litio xa non se consumen pilas, o que evita a xeneración de residuos. Hoxe en día as pilas para audífonos na Unión Europea deben ser libres de mercurio para evitar que ao tiralas no lixo poidan contaminar, pero aínda así son elementos que deben ser reciclados e quen merque audífono con batería pode esquecerse disto completamente. - Que duración teñen as novas baterías de litio? - (OE+): As novas que veñen a durar unhas 24 horas en funcionamento (dependendo da potencia que leve programado o audífono) - Algunha outra novidade destes audífonos? - (OE+): En realidade teñen as mesmas melloras tecnolóxicas que están a implementar a maioría dos audífonos nestes últimos anos: conexión bluetooh para opción de manos libres co teléfono, conexión directa coa TV ou co ordenador como se fosen uns auriculares…

En canto ás novidades máis importantes destaca a incorporación dos novidosos audífonos recargables. - Pero xa existían outros modelos recargables, non si? - (OE+): Si, pero ata a presentación mundial desta nova liña de audífonos en outubro de 2016 as poucas opcións de audífono recargable que existían no mercado tiñan un par de desvantaxes importantes: ~ A batería apenas duraba dez ou doce horas. ~ Só podían ser adaptados para unha pequena porcentaxe de perdas auditivas.

- Para aqueles que prefiran seguir cos audífonos non recargables, OE+ ven de aumentar o tempo de pilas gratuítas á disposición dos novos clientes en tódalas súas gamas. Dentro das ofertas observamos unha impactante: “Paquete de pilas a 1€”. Isto é posible? - (OE+): Si. Vimos de negociar unha partida de baterías cunha das marcas punteiras a nivel mundial, pouco introducida en España, pero moi coñecida en países como Alemaña, Francia ou Xapón. Non gostamos do monopolio de certas marcas de pilas, o que implica un aumento dos

prezos das mesmas. Facemos esta primeira oferta para que a xente se anime a probalas e comprobar por si mesma a calidade e durabilidade deste produto que temos en exclusiva. Outra das novidades é a incorporación dun catálogo de axudas técnicas. - En que consisten as axudas técnicas? - (OE+): As axudas técnicas son dispositivos que melloran certos aspectos da vida cotiá das persoas que teñen perda de audición. Son accesorios que poden ser usados tanto por xente que xa ten audífonos como por aqueles que non os teñen. Dispoñemos de teléfonos fixos e móbiles con amplificadores (para que se oia mellor tanto o aviso da chamada como a voz durante unha conversa), despertadores, accesorios para escoitar a televisión, amplificadores para reunións/ charlas/convencións... Para os amantes dos deportes acuáticos OE+ ven de sacar a súa nova gama de moldes especialmente deseñados para evitar ao máximo a perda de equilibrio, algo moi necesario para quen practica surf, bodyboard ou kitesurf, por exemplo. Asimesmo segue a contar cos tapóns feitos tamén a medida para uso en piscina. No tocante ás condicións pásase da posibilidade de financiar sen intereses a un ano á posibilidade de facer esa financiación a dous anos, algo que de seguro interesará a máis dunha familia que estea a pensar en como minimizar o impacto deste investimento en saúde. Tamén mirando pola economía do potencial cliente, OE+ segue a ofrecer o seu audífono “social” para aqueles

- Como última novidade ofrécese un servizo de readaptación de audífonos. En que consiste isto? - (OE+): Se vostede ten un audífono, aínda que non fose adquirido en OE+, pode traelo ao gabinete para que o valoren os nosos técnicos. Se funciona e lle é o apropiado, adaptámosllo, niso consiste. Somos conscientes de que hai persoas que herdaron ou lles regalaron audífonos e queren probar se lles son útiles para a pérdida de oído que poden ter. Tamén hai xente que leva anos sen usar os súas propias próteses auditivas e agora queren reaxustalas evitando así mercar outras novas. - Que outros servizos ofrece OE+? - (OE+): Destacaría tres que nos diferencian da competencia: ~ Os audífonos de sustitución, para aqueles clientes que teñen que facer unha reparación. É un servizo exclusivo para clientes adaptados en OE+ e que se ofrece nas reparacións que van durar máis de sete días. Evitamos así as molestias de estar sen audífonos durante todo ese período. ~ Os tratamentos de tinnitus/acúfenos. Para aqueles pacientes que perciben pitidos ou zumbidos nos oídos, dicirlles que veñan e nos consulten, faremos o posible por mitigar esta molestia. ~ O taller: contar cun taller propio en cada centro reduce os tempos de reparación e entrega en máis dun 80% das reparacións. - Por último, algo que dicir dirixido a aqueles que aínda non coñecen OE+? - Si, que se teñen síntomas de pérdida de audición revísena hoxe e non dentro de un ou cinco anos, porque os resultados, sexa o que sexa que se poida facer para mellorala, van ser máis difíciles de conseguir e máis caros de costear.


Crónicas - Abril 2017

14

ACTUALIDADE ORDES

ORDES Unanimidade política para pedirlle á Xunta maior coordinación en urxencias

Andaina Pro Saúde Mental creará un centro de formación no edificio do antigo cárcere

Contradición entre usuarios do PAC e o Sergas pola falta de médicos en gardas

A asociación Andaina Pro Saúde Mental creará un centro de formación con atención especial a persoas con discapacidade no edificio do antigo cárcere, na rúa de Galicia en Ordes. O proxecto implica un cambio da calificación xurídica do inmoble municipal, que xa foi aprobado en pleno por unanimidade. A asociación recibe así o inmoble por un período de cinco anos, co compromiso de compartilo con outras entidades, e asumir gastos de mantemento. Un convenio co Concello fixará as condicións. Andaina Pro Saúde Mental precisaba este paso para obter unha subvención duns 50.000 euros. Tal como explicou o alcalde na sesión, prevén instalar un ascensor no edificio e acometerán a rehabilitación integral da maior parte. Algúns espazos xa foran acondicionados mediante un obradoiro de emprego. A oposición apoia o proxecto, pero tiña reticencias porque o convenio que lles presentou o goberno local aínda era un borrador. Algúns dos aspectos postos por escrito non concordaban co que expresaba o executivo de forma oral. Un receso no pleno serviu para aclarar todo e desbloquear a situación, acordando que o convenio coa asociación social será determinado con información e participación de todos.

Foron tres horas ou foron 52 minutos? É a principal contradición entre usuarios do Punto de Atención Continuada (PAC) de Ordes e o Servizo Galego de Saúde (Sergas) a raíz da ausencia de médicos no centro durante as gardas da tarde-noite do pasado 16 de febreiro, cando tiveron que saír a atender varias urxencias. Usuarios afectados, que presentaron reclamación no propio PAC, aseguran que os profesionais tiveron que ausentarse desde arredor das 19:30 horas ata preto das 23 horas. Un informe da Xerencia de Xestión Integrada de Santiago, desvelado polo goberno de Ordes, expón en cambio que unha urxencia a domicilio foi atendida entre as 21 e as 23:54 horas. A outra, unha incidencia de tráfico, requeriu o servizo desde as 23:02 ata as 1:22 horas. Por tanto, o PAC tería quedado sen ningún médico de garda desde as 23:02 ata as 23:54 horas. A cuestión foi trasladada polo BNG ao pleno municipal, que acordou por unanimidade pedirlle á

Ambulancia que foi remitida ao PAC a pesar de que os médicos estaban fóra

Xunta unha maior coordinación dos servizos de emerxencias no PAC. En ningún momento ningunha forza política puxo en dúbida a profesionalidade e a dedicación do persoal que

traballa en Ordes. Todos concordaron en que estas situacións non poden repetirse. Gonzalo Veiras, concelleiro que defendeu a proposta dos nacionalistas, advertiu ademais que durante a ausencia de médicos unha ambulancia chegou ao PAC requerindo os seus servizos e tivo que encamiñarse ao hospital de Santiago ao constatar que non estaban. Isto cuestionaría o papel da xestión que tivo que efectuar o 061 durante ese intervalo, fose o de 52 minutos ou fose o de tres horas, posto que a ambulancia debería ter sido orientada desde o primeiro momento ao hospital. Ante as contradicións, o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, pediu no pleno unha “marxe de confianza” sobre o contido do informe do Sergas, pero á vez interesouse polas reclamacións e as imaxes achegadas polo BNG e explicou que lle trasladará á Consellería os datos das queixas para que investigue máis a fondo os feitos.

CERCEDA

Adxudican unha vivenda a unha persoa en situación de vulnerabilidade social A Consellería de Infraestruturas e Vivenda adxudicoulle unha vivenda en Cerceda a unha persoa en situación de especial vulnerabilidade. O caso foi estudado pola Comi-

sión de Vivenda da provincia da Coruña, que propuxo a adxudicación directa do inmoble, en réxime de alugueiro. A vivenda é propiedade de Abanca e estaba cedida ao Instituto

Galego da Vivenda e Solo (IGVS). Estas solucións ofrécense, di a Xunta, a persoas con problemas de pagamento de aluguer ou hipoteca, e tamén outras dificultades sociais.


Crónicas - Abril 2017

15

PUBLICIDADE

XXI FESTA DA TROITA 2017 Sigüeiro (Oroso) · 12, 13 e 14 e maio

VENRES 12 DE MAIO

DOMINGO 14 DE MAIO

FESTIVAL OROSO EN VIVO

CAMPIONATO DE PESCA INFANTIL

Orquestra FANIA Orquestra PARÍS DE NOIA

PASACALLE

CHARANGA MEKANIKA GARABATO DE XOGOS - XOGOS EN FAMILIA PASACALLE E BAILE

A. F. BUXOS VERDES

SÁBADO 13 DE MAIO CAMPIONATO DE PESCA ADULTOS/AS

DEGUSTACIÓN DE TROITAS EN BARES COLABORADORES E NA ALAMEDA DE GÓIS

EXPOSICIÓN “CATRO MÉDICOS POR OROSO”

PASACALLE

CHARANGA MEKANIKA

OBRADOIROS INFANTÍS

PREGÓN A CARGO DA DRª MARÍA DE LURDES OLIVEIRA CASTANHEIRA, PRESIDENTA DA CÁMARA MUNICIPAL DE GÓIS

CHARANGA TNT CAMPIONATO DE PESCA ADULTOS/AS

ENTREGA DE PREMIOS E TROFEOS DO CAMPIONATO DE PESCA NA ALAMEDA DE GÓIS

MAXIA - MAGO TETO ASOC. FOLCLÓRICA LEMBRANZAS DO TAMBRE

SESIÓN VERMÚ

ASOC. CULTURAL NÉBOAS NO CUMIO FESTIVAL OROSO EN VIVO

Orquestra ATENAS Orquestra PANORAMA

Orquestra METRÓPOLIS XANTAR POPULAR PASACALLE

GRUPO DE PERCUSIÓN MALANDROS ESCOLA DE SAMBA GARABATO DE XOGOS - XOGOS EN FAMILIA VERBENA

Orquestra METRÓPOLIS Combo DOMINICANO

MÚSICA ORGANIZA

WWW.CONCELLOOROSO.COM

COLABORAN

GASTRONOMÍA

CULTURA

DEPORTE


16

Crónicas - Abril 2017

ACTUALIDADE COMARCA

FRADES Podería estar relacionado coa práctica de pesca furtiva ilegal

A Mancomunidade contrata a axuda no fogar a un prezo de 12,40 euros por hora

Denuncian un envelenamento con lixivia do río Samo en Abellá

A Mancomunidade de Ordes adxudicou o seu Servizo de Axuda no Fogar por un importe de 12,40 euros por hora prestada, sen incluír o IVE. O contrato é por unha duración de nove meses, que contan desde este 1 de abril. A entidade supramunicipal presta este servizo unicamente en Frades, Ordes e Oroso, posto que os Concellos de Cerceda, Mesía, Tordoia e Trazo xestiónano pola súa conta, ao considerar que lles resulta máis áxil e efectivo. Nos tres municipios nos que intervén a Mancomunidade, o ano pasado consumíronse 39.000 horas, entre 106 persoas usuarias. A entidade prevé que esta cifra se incremente paulatinamente. O servizo préstase a persoas dependentes e outras que precisan prestacións básicas. No financiamento do servizo, colaboran os Concellos, a Deputación da Coruña e a Xunta, ademais das cantidades que lles cobran aos propios usuarios.

A asociación ecoloxista Arco Iris denunciou a aparición dun grupo de dez botellas de lixivia baleiras nas beiras do río Samo na zona de Abellá (Frades), no que considera que pode ser un “gravísimo atentando ambiental”. Segundo explica esta entidade, o líquido tería sido verquido no caudal, causando un envelenamento da fauna. Este tipo de accións adoitan estar relacionadas coa práctica da pesca furtiva ilegal. A lixivia causa a morte das troitas, que son recollidas mediante redes ou outros sistemas. É un compoñente difícil de detectar, o que facilita que o peixe mesmo poida ser comercializado nunha caste de mercado negro, no que se conta que o quilo de troita pode chegar a cotizarse a 60 euros por quilo. O dano ambiental é evidente. Tal como relata Arco Iris, que dispón de troiteiros colaboradores na zona, os tramos de río afectados tardan moito tempo en recuperarse. A entidade ecoloxista acudiu ao

Garrafas de lixivia aparecidas na beira do río Samo ao seu paso por Abellá (Frades)

Seprona e no momento de difundir os feitos aseguraba estar á espera de que os efectivos públicos determinasen “o alcance real desta salvaxada”, indicaron. DIFÍCIL DENUNCIA Non obstante, criticaron tamén as severas dificultades para poder avi-

sar e denunciar. Segundo relatan, intentaron comunicar os feitos en horario de tarde, nada máis coñecelos, e en diversos organismos foron incapaces de tramitar a denuncia. Acusaron tanto ao Seprona como á Xunta de “incompetencia” e afirman que lles interesa “mirar para outro lado” máis que cumprir a súa obriga.

TODO O PROTAGONISMO PARA A MODA FRESCA, DIVERTIDA E ORIXINAL

ANHELOS, as novas tendencias da mellor moda en Ordes - Ordes conta cun novo establecemento dedicado á moda, no que as novas tendencias e as propostas frescas, divertidas e orixinais teñen o protagonismo. ANHELOS sitúase no número 12 da Rúa do Mercado e é o lugar idóneo para atopar os mellores looks para o día a día. A súa responsable, Rocío Landeira, explícanos nesta entrevista as propostas do establecemento. - Que tipo de moda podemos atopar en Anhelos? - En Anhelos estamos especializados en dúas marcas: Vila Clothes e Aire Retro. Vila Clothes é unha marca actual dirixida a todo tipo de público, cunha gama moi atractiva que gusta moito. Aire Retro distínguese por ser unha marca con deseños únicos, divertidos e orixinais, idónea para as persoas que sempre buscan algo bonito e á vez diferente.

- É doado atopar tallas en ANHELOS? - Considero que si. É unha das nosas preocupacións e tratamos de darlle resposta sempre que sexa posible. De feito, no noso establecemento dispoñemos de diversidade de tallas, dende a XS ata a XL, polo que vai ser bastante doado que calquera persoa atope unha prenda que lle sente ben. - Cal é a súa liña de prezos? - É unha liña de prezos media, que fai a calidade asequible a calquera persoa.

sitar ANHELOS sexa unha experiencia cómoda, agradable, que quen veña leve ante todo un sorriso na cara. - Que é o que máis se está levando esta primavera? - As sudaderas e as camisetas con mensaxes orixinais, así como todas as prendas que leven volantes, son algunhas das propostas que máis están gustando. Tamén son unha tendencia moi interesante as cazadoras vaqueiras oversize, que resultan moi versátiles á hora de combinar. E en canto a cores, unha que está vindo moito é a vermella, así como tonos kakis e rosas. E, como non?, a mítica cor branca e azul.

- A que tipo de cliente se dirixe ANHELOS? - A todo tipo de clientes aos que lles guste a moda e as últimas ten- Están chamando moito a dencias. Temos coleccións que enatencion as súas sudaderas mini caixan con todo tipo de estilos. yo. En que consiste este produto? - Son prendas para nenos e ne- Como é o seu trato co cliente? - Sempre damos un trato e di- nas que tamén están dispoñibles recto e cercano. Gústanos que vi- en tallas grandes. Ou para mamás

Rocío Landeira, responsable de Anhelos

e papás que tamén teñen un traslado a tallas pequenas. En definitiva, que permiten que toda a familia vaia combinada. O certo é que están gustando moito porque ademais levan deseños que se complementan moi ben en calquera idade. - Ofrecen servizos complementarios? - Si, aos nosos clientes e clientas ofrecémoslles todo tipo de arranxos e de adaptacións nas prendas. Na medida do posible, ofrecemos un servizo integral.


Crรณnicas - Abril 2017

17

PUBLICIDADE


18

Crónicas - Abril 2017

ACTUALIDADE MESÍA

TRAZO

Asinada a cesión de terreos do Banco de Terras ao Concello

Novo intento do goberno de Trazo para aprobar o Plan Xeral

Sinatura entre o Banco de Terras e os concellos de Mesía, Coirós e Muxía

Xa se asinou a cesión de terreos pertencentes ao Banco de Terras de Galicia ao Concello de Mesía para o seu aproveitamento con infraestruturas de interese social. O acordo foi suscrito polo alcalde de Mesía, Mariano Iglesias; o delegado provincial da Xunta, Ovidio Rodeiro; e o direc-

tor da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois. No mesmo acto, rubricáronse acordos análogos cos Concellos de Coirós e de Muxía. Os terreos cedidos eran masas comúns procedentes de concentración parcelaria, que carecían de interese agrario para o Banco de Terras.

EMPRESA SITUADA EN O CONDE, 16 (ORDES)

BerandriC, mantenimiento y pintura de estructuras metálicas - ¿Qué tipo de trabajos desarrollan en BerandriC? - Aplicación industrial sobre todo tipo de superficies, siendo nuestra especialidad la estructura metálica. Estos tratamientos consisten principalmente en chorro con todo tipo de abrasivos y aplicación de imprimación y acabado según requerimiento. - ¿Quién puede demandar sus servicios? - Desde particulares a grandes empresas.

- ¿Cuáles son las principales características de los profesionales de la compañía? - Implicación, compromiso y mejora continua. - ¿Qué innovaciones tecnológicas utiliza o ha desarrollado BerandriC? - Intentamos estar al día en todos los avances tanto a nivel productivo como en el cuidado del medio ambiente.

- ¿Cuál es el encargo del que se sienten más orgullosos? - ¿Cuál es la experiencia de la - Los trabajos desarrollados en empresa en el sector? el sector eólico. - Diez años. - En general, ¿qué ventajas tiene un correcto mantenimiento de las superficies metálicas? - Alargar la durabilidad en el tiempo.

O goberno de Trazo intenta de novo a aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), despois de que a finais do ano pasado a Xunta a denegase tras advertir numerosos erros e carencias na documentación presentada. A maioría coa que o PP conta na corporación municipal permitiulle sacar adiante esta nova aprobación, á espera do que dictamine a Xunta, se ben recibiu considerables críticas da oposición polas formas en que xestiona o asunto. Así, Martín Rei, portavoz do BNG, explica que o goberno de José Dafonte procede con “escurantismo”. Non formula a acusación en van, senón que a argumenta en que o executivo local só lles deu dous días para revisar a ampla documentación do plan, conformada por varios centos de páxinas. En realidade, foron só dúas mañás, posto que o PP tamén lle

nega á oposición unha copia do plan. Na mesma liña, os nacionalistas pediran crear unha comisión de urbanismo con participación da oposición, como se fai na maioría de Concellos que están elaborando un PXOM, para ser copartícipes nun documento tan estratéxico. O PP negouse, tal como indica o Bloque, que apreza unha “obstrucción” ao labor da oposición en Trazo sen parangón noutros municipios e “máis propia do franquismo que de 2017”. Na mesma sesión, aprobáronse os orzamentos municipais para este ano e a oposición asegura que tampouco lles deron unha mínima marxe para estudalos. O goberno tamén rexeitou propostas do Bloque para cobrarlle unha taxa ás eléctricas polo uso do dominio público, como fan outros Concellos incluso gobernados polo PP, e para reclamar máis recursos no Punto de Atención Continuada de Ordes, ao que acode poboación de Trazo.


Crónicas - Abril 2017

19

ACTUALIDADE EN UN STAND DE EXPO ORDES 2017 – XXVIII FESTA DO CHAMPIÑÓN

Erimsa informará a los ganaderos sobre las ventajas de utilizar las arenas Q-Bed como cama para vacas Erimsa dispondrá de un stand propio en Expo Ordes 2017 - XXVIII Festa do Champiñón, donde informará a los ganaderos sobre las ventajas de utilizar las arenas Q-Bed como cama para vacas de leche criadas en estabulación libre. Durante las jornadas del 28, 29 y 30 de abril, profesionales de la compañía explicarán los beneficios de este material inorgánico, que contribuye a incrementar la productividad de las explotaciones ganaderas mejorando el descanso de las reses. Los veterinarios recomiendan a los ganaderos que las vacas productoras de leche permanezcan tendidas un mínimo de 12 horas diarias. La reducción de este

animal y las condiciones sanitarias del cubículo. SALUBRIDAD Q-Bed garantiza una cama fresca y seca a las vacas. Al ser inorgánicas, las arenas de sílice impiden la proliferación de microorganismos y agentes patógenos que causan infecciones. Es una de las principales ventajas con respecto a otros materiales convencionales, como la paja o el serrín, que, en ocasiones, se convierten en vehículo de enfermedades. Además, las arenas Q-Bed proporcionan una cama blanda que se amolda al cuerpo del animal y que evita los proble-

Los veterinarios recomiendan las arenas Q-Bed como el sistema de descanso idóneo para las vacas de leche criadas en estabulación libre debido a que mejoran la salubridad de los establos e incrementan la productividad de las reses tiempo tendría repercusiones negativas en aspectos como la salud de las patas, el desempeño reproductivo de los animales, la calidad y producción de la leche y la tasa de desecho, por lo que es fundamental asegurar un buen descanso. INNOVACIÓN Erimsa ha tenido en cuenta los consejos de los profesionales para desarrollar este innovador producto que, compuesta exclusivamente por partículas de arena de sílice finas y redondeadas, constituye una cama blanda, fresca y seca ideal para el descanso animal. Erimsa selecciona minuciosamente el material, a través de un proceso de clasificación y lavado exhaustivo que maximiza el drenaje y frescura de las arenas Q-Bed. Este material inorgánico es recomendado por los veterinarios ya que evita la aparición de enfermedades. Está comprobado que las arenas de sílice Q-Bed aumentan la calidad de la leche y la productividad del ganado al mejorar el confort

mas que podrían resultar del impacto en los apoyos del ganado al tumbarse sobre una superficie rígida. Las arenas de sílice mantienen el cubículo completamente seco, con lo que la higiene está asegurada para el ganado vacuno, que también se beneficia de la suavidad de estas arenas. RENTABILIDAD Y FÁCIL MANEJO PARA LOS GANADEROS Las arenas Q-Bed facilitan el trabajo diario en las explotaciones ganaderas, lo que durante el desarrollo del producto fue una prioridad para el departamento de Innovación de la compañía, que buscaba un producto fácilmente manejable para los ganaderos. El lavado es un proceso indispensable para lograr la granulometría idónea que asegurará un buen drenaje. Mediante este sistema se eliminan posibles arcillas que darían lugar a apelmazamientos, resultando muy fácil de utilizar por parte de los profesionales de las ganaderías.

Conservación del entorno La contribución de Erimsa a la conservación del entorno fue reconocida en Bruselas, en noviembre de 2016, con un certificado a la excelencia de sus buenas prácticas medioambientales por el proyecto de recuperación llevado a cabo en una zona de lagunas de alto valor ecológico en Begonte. En 2015 había recibido por este proyecto el 1º Premio en la Categoría de Medio Ambiente – Buenas Prácticas Medioambientales 2015 (Federación Española de Áridos).

Erimsa, como viene haciendo desde hace 30 años, desarrolla una labor de extracción de cuarzo por el método de precribado de terrenos en la Comarca de Órdenes, exclusivamente mediante el alquiler de fincas. Este proceso permite compaginar el trabajo extractivo con las actividades agrícolas y ganaderas respetando los ciclos productivos agrícolas. Se garantiza la recuperación total de la finca para su uso anterior sin perder rendimiento.

Presencia en Expo Ordes Erimsa dispone de un stand en Expo Ordes 2017 - XXVIII Festa do Champiñón. La compañía proporcionará toda la información necesaria a los ganaderos sobre las características de las arenas, las condiciones de uso y también la distribución y logística, ya que cuenta con un servicio de entrega eficaz y rápido en España y Portugal.

Más información: - En www.erimsa.com - En los centros de producción: Begonte (Lugo) Ctra. N-VI, Km. 524 Telf: 982 160 322 Frades (A Coruña) Cruceiro, s/n Telf: 981 692 237


20

Crónicas - Abril 2017

ENTREVISTA ENTREVISTA José Luis Martínez Sanjurjo, alcalde do Concello de Ordes

“As obras e licitacións recentes visibilizan par calado e certifican que o cambio en Ordes me Xa próximo o ecuador do Mandato na que accedeu por vez primeira á Alcaldía de Ordes, Martínez Sanjurjo debulla, en conversa con Crónicas, os seus principais proxectos. Cualifica de traizón a marcha dos dous concelleiros tránsfugas que abandonaron o PP, pero reitera a oferta de man tendida ao conxunto da oposición para sacar adiante os principais proxectos. Defende a utilidade de ExpoOrdes e admite que a Festa do Champiñón perdeu boa parte da súa razón de ser. - Vai chegar nas vindeiras semanas á metade do seu primeiro mandato tras producirse unha seria crise no seu grupo político. Contaba con ela ou pillouno de sorpresa? - Eu son unha persoa leal e previsible que, ata o de agora, pensaba que os demais se comportaban de acordo cunha escala de valores similares, pero non foi así, lamentablemente. En momento algún sospeitei que os dous tránsfugas aos que vostede se refire chegarían a traizoarnos. Traizoáronme a min, pero tamén ao resto dos compañeiros de candidatura, a todas as persoas que colaboran co PP de Ordes e ao conxunto dos votantes. Foi unha sorpresa maiúscula, moi desagradable. - Para ‘salvar’ os dous anos que quedan de mandato, ve posible chegar a acordos cos seus ex compañeiros e con Unión por Ordes ou non percibe esa vontade? - Desde logo, no que a min respecta, a vontade de acordo, a disposición para o diálogo, a capacidade de entendemento mantense intacta. É a mesma que cando asumín a alcaldía. Tanto os meus compañeiros do Grupo Municipal Popular coma min poremos canto estea ao noso alcance para chegar a acordos; cousa diferente é se os concelleiros dos restantes grupos están dispostos a negociar ou, polo menos, a deixar que gobernemos. Cando falo de gobernar, refírome a facelo non en beneficio propio, se-

“Teño claro que a variante de Ordes se vai construír, teño un compromiso”, manifesta o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo

nón polo ben das veciñas e veciños polo Camiño Inglés, cos conseguinde Ordes. Porque se non consegui- tes beneficios económicos para o mos sacar adiante os orzamentos, o noso municipio. A senda peonil que PXOM ou calquera outro proxecto, enlazará A Brea co Mesón, e pola quen realmente pagará as conse- que tanto pelexei na Deputación, cuencias, sempre negativas, será a está en licitación e agardo que taveciñanza. mén se poida materializar nun futuro Que próximo. proxectos e Ta m é n “Ordes necesita con urxencia o plans agarda estamos a que non se PXOM, que debería estar listo nes- t r a b a l l a r vexan trun- ta Lexislatura. Gustaríame poder para dotar a cados na aprobalo co maior apoio posible” vila dun cennova situatro multiución? sos polivalente e aspiramos a cons- O que me gustaría é dispoñer de truír un parque infantil cuberto que capacidade de manobra suficiente permita aos nenos xogar durante o para sacar adiante o noso programa inverno pese á chuvia. de Goberno. Os veciños e as empreNon poido esquencer os camións sas de Ordes necesitan con urxencia que aínda transitan pola vila, espeun Plan Xeral de Ordenación Munici- cialmente na rúa do Recreo. A Conpal (PXOM), que logo da axilización sellería de Infraestruturas ten sobre a que impulsamos, podería estar listo mesa empezar a traballar no estudo ao remate desta lexislatura, e gusta- informativo da futura rolda oeste que ríame poder aprobalo co maior apoio permita comunicar a N-550 nas Casiposible. Porque é un documento que llas coa AC-413 no empalme, o que beneficia ao conxunto dos ordenses, permitirá a conexión directa da AP-9 non a un ou outro partido. coa estrada de Carballo. As obras da estrada de Cerceda, - Segue mantendo que a concepor Mercurín, comezaron recente- lleira e o concelleiro que abandonamente. Agardo que en breve se inicie ron o PP para conformar o grupo de tamén a construción do albergue de non adscritos deberían renunciar á peregrinos de Poulo, dado o crecente súa acta? volume de peregrinos que transitan - Por suposto. Foron elixidos nas

listas do PP e, no seu momento, comprometéronse a traballar para facer realidade o programa co que nos presentamos ás municipais. Unha vez rachado ese compromiso, o honesto por parte deles sería que renunciasen ás actas para dar paso aos seguintes integrantes da lista. Pero, á vista dos feitos, a honestidade semella non estar entre as súas prioridades. - A vostede acusárono de falta de diálogo, de xestionar asuntos sen coñecemento dos que eran concelleiros do seu grupo ou contra o seu criterio... Admite algunha desas argumentacións ou cre que nesa crise hai outras causas? - A falta de honestidade da que falaba leva parella unha notable capacidade de fabulación; menten moi ben. Como é natural, o alcalde ten unhas determinadas competencias ás que non pode nin debe renunciar; do contrario, Ordes sería un reino de taifas. Un concelleiro forma parte dun equipo, ao igual que o alcalde, e ninguén, por moi concelleiro que sexa, pode ignorar aos seus compañeiros. E un concelleiro ou concelleira tampouco poden ignorar, por suposto, as normas en vigor. Alomenos mentres eu sexa alcalde. - Poderíase dicir que a historia do centrodereita de Ordes nos últi-


Crónicas - Abril 2017

21

ENTREVISTA

rte do noso traballo ereceu a pena” mos trinta anos é a de continuas fric- des e Cerceda por Mercurín acaban cións, desencontros, rupturas, re- de comezar e estarán rematadas en conciliacións... Por que cre que su- ano e medio. Que valoración fai do cede isto? Vese capaz de aglutinar proxecto? todo ese espazo electoral? - Falamos dunha das obras máis - Esa é unha percepción errónea. demandadas pola veciñanza de Ordes Se cadra -e falo só desde a miña ex- e da contorna, dado o elevado tráfico periencia persoal- non fun quen de desa estrada e o pésimo estado que intuír a deslealdade das dúas per- presentaba desde hai anos, mentres soas que se comportaron deshones- que desde o anterior goberno local tamente nesta lexislatura, proba- miraron sistematicamente cara oublemente porque creo que todo o tro lado. Desde o Concello estaremundo merece un voto de confianza, mos vixiantes e presionaremos para pero iso non implica que se deba xe- que os traballos se desenvolvan coa neralizar. Da nosa lista formaba parte maior axilidade posible, preservando xente moi válida, traballadora e com- calidade e seguridade. prometida. E o mesmo podo dicir de Teño que dicir que o comezo destodas as persoas que colaboran con tas obras, ao igual que a licitación nós, sen ir en ningunha lista e sen pe- da senda peonil da Brea (Ardemil) dir nada a cambio. me resulta especialmente satisfacto- Falemos de xestión. Como están rio, xa que permite visibilizar parte as contas municipais a día de hoxe? do traballo calado que levamos feito Tamén nestes preto neste ámbito “Con Regos, Ordes chegou a de dous anos. estamos a seter ao remate de 2011 unha Verase na esguir a folla de trada de Merruta marcada débeda superior a 9 millóns de curín e noutros no noso proeuros, hoxe sitúase nuns 4” proxectos que grama electocomezarán a ral: xestión rigorosa, porque os cartos executarse en breve e que farán que públicos son de todos e deben ser ad- a xente comprobe, de verdade, que o ministrados con suma pulcritude, non cambio de Goberno no Concello de gastando o que logo non se pode pa- Ordes mereceu a pena. gar. Hai que lembrar que, con Regos, - Os presupostos do goberno cenOrdes chegou a ter unha débeda ao tral para este ano supoñen na prácremate de 2011 superior a 9 millóns tica outro exercicio perdido para de euros, débeda que a día de hoxe construír a variante da N-550. Conse sitúa en torno aos 4 millóns. Rigo- sidera necesario este proxecto? Son rosamente cumprimos o prazo medio discriminatorias as contas presentade pago a proveedores, algo que nos das polo goberno central? agradecen inmensamente todas e - É evidente que malia que a situacada unha das empresas, os autóno- ción económica mellorou moito, Esmos e comerciantes aos que o Conce- paña aínda non conseguiu saír comllo lles encarga un traballo ou un su- pletamente da crise. Os Orzamentos ministro. Quen fai unha obra, un tra- do Estado non son máis ca unha raballo ou sirve ao Concello, ten garan- diografía da situación nun momento tizado o cobro en tempo e forma. no que, ademais, se opta por preser- As obras da estrada entre Or- var servizos básicos como a sanidade

Estrada de Mercurín, senda peonil da Brea, centro multiusos, parque infantil cuberto e albergue de peregrinos, e o estudo informativo da rolda oeste, prioridades do alcalde Ordes a nivel de infraestruturas.

ou a educación. Como alcalde gustaríame que a variante da Ordes, ao igual que a rotonda na N-550 no enlace coa rolda Leste, estivesen listas pasado mañá. Pero tamén hai que entender que nun momento de dificultades a obriga dos gobernantes é priorizar recursos que son escasos. O que si teño claro é que a rotonda con paso inferior e a variante de Ordes se van construír, porque temos un compromiso claro do meu partido con estes proxectos. Outros, e aí está o caso de En Marea, xa dixeron abertamente que a variante da N-550 non se debería facer. Iso tamén o debe saber a xente. - En canto á Xunta, que investimentos agarda confirmar ou materializar nos vindeiros meses en Ordes? - Xa falamos da estrada de Mercurín, e tamén co centro sociocomunitario, o parque infantil cuberto ou o albergue de peregrinos de Poulo. Hai un compromiso claro cos nosos centros educativos, que foron mellorados en datas recentes cun investimento superior ao medio millón de euros, e hai unha aposta firme pola excelencia educativa, como subliñou o presidente da Xunta nunha recente visita a un dos IES de Ordes. Agardo que se axilice o remate das concentracións parcelarias pendentes, se decrete Poulo en 2018, e confío en

“Debemos darlle unha volta á Festa do Champiñón” - Cales son as principais novidades de Expo Ordes este ano? Hai algunha reorientación deste evento? - Vivimos nunha comarca cun enorme potencial agrícola e gandeiro, sectores nos que despois dunha crise intensa, comeza a albiscarse un futuro con máis oportunidades e maior rendibilidade. Ao igual que outros anos, boa parte dos arredor de 13.000 metros cadrados de exposición estarán dedicados ao sector primario, cun peso impor-

tante da maquinaria agrícola e das cooperativas. Tamén quero destacar a presenza de moitos autónomos e de negocios locais que ven en ExpoOrdes un bo escaparate para promorcionarse. Respecto ao futuro, creo que debemos darlle unha volta á Festa do Champiñón e convido ao conxunto da sociedade ordense a aportar ideas de maneira que, entre todos, consensuemos unha alternativa que redunde nos produtos locais. A idea

inicial era boa, pero actualmente Ordes xa non produce champiñóns. - Que supón para Ordes esta mostra? Cre que o Concello rendibiliza o investimento efectuado nela? - Desde logo é un escaparate excepcional, tendo en conta que atrae a non menos de 30.000 visitantes en cada edición. E, por outra parte, é unha considerable fonte de ingresos para a hostalería e para o comercio local.

que podamos dispoñer de recursos adicionais para executar un parque infantil cuberto, mellorar instalacións deportivas (Vista Alegre e Castelao II), ampliar as sendas peonís en estradas autonómicas (AC-524), ou mellorar a escola de música, o parque empresarial de Merelle e a piscina climatizada Ivan Raña con sistemas máis eficientes enerxeticamente falando. - A economía local atravesa momentos difíciles pola debacle do sector téxtil. Apreza posibilidades de reconversión que poidan paliar a cantidade de desemprego xerado? - Recoñecendo que a capacidade de manobra do Concello ante unha situación deste tipo é moi limitada, si agardo que as peticións efectuadas ante a Xunta de Galicia ofrezan algún froito de cara a unha resolución satisfactoria do conflito, alomenos para o persoal. Por fortuna, a situación económica global tende a mellorar, o que abre novas posibilidades para o persoal afectado por esta e por outras situacións laborais complicadas. - A moitas persoas sorprendeulles que vostede acompañase as traballadoras de Deus nas súas marchas a pé contra os ERE e os impagos da empresa. Por que acudiu? Reprochoulle alguén esa imaxe? - E que me ían reprochar? Que me poña ao carón das miñas veciñas na defensa dos seus dereitos? Como alcalde e como veciño de Ordes estarei sempre ao carón de quen o precise, e máis se é na defensa dunha causa xusta. - Recentemente afirmou que a apertura do antigo Centro Comarcal como viveiro de empresas está supeditada á súa viabilidade. Xa a teñen avaliada? Con que resultado? - E manteño dita afirmación, adiantando que ese estudo de viabilidade foi encomendado a quen consideramos pode asesorarnos do mellor xeito en dita apertura. A intención é ter o resultado este verán e se é viable comezar coa actividade co inicio de 2018.


22

Crónicas - Abril 2017

ACTUALIDADE FRADES

ORDES

Demandan 200.000 euros para beirarrúas na Pontecarreira

Queixas en Castenda de Parada polos ‘descoidos’ de madeiristas

Goberno e oposición votaron en conxunto en Frades para solicitarlle á Deputación da Coruña un investimento de case 199.000 euros para reparar as beirarrúas entre a Pontecarreira e o colexio. A obra acometeríase nas dúas marxes da estrada, a DP-3802 entre Ordes e a Pontecarreira, que é de titularidade provincial. Segundo o Concello de Frades, as beirarrúas actuais precisan renovar as lousas, reparar os desniveis, a plantación de árbores e colocar unha nova baranda de protección, en bo estado e con barras verticais acordes á normativa vixente. A solicitude municipal á Deputación foi acompañada dun escrito da asociación veciñal Rexente. Por outra parte, na mesma sesión plenaria aprobouse tamén por unanimidade o envío de nova documentación que a Xunta lle solicitou ao Concello para o Plan Xeral de Ordenación Municipal

(PXOM). Son un informe do Ministerio de Industria relativo a unha empresa pirotécnica, outro de Protección Civil sobre prevención de incendios e un terceiro sobre telecomunicacións. A elaboración do plan, na que o Concello leva varios anos inmerso, tivo unha nova fase de exposición pública de dous meses para alegacións de Concellos limítrofes. Rexistráronse dúas, de Mesía e de Ordes, que segundo Frades non foron estimadas. Por último, o pleno deulle o visto bo á solicitude dun obradoiro de emprego en conxunto con Ordes. De ser concedida pola Xunta, esta iniciativa mixta de formación e emprego consumiría máis de 300.000 euros de recursos públicos. Contaría coas especialidades de albanelería e xardinería e tería unha duración de nove meses. As persoas participantes traballarían en varios inmobles e espazos de carácter público.

Un dos marcos delimitadores de fincas tirados durante unha tala

A actividade dalgúns madeiristas ocasionou queixas en Castenda de Parada (Ordes) polo pouco coidado co que os operarios, segundo denuncia un lector de Crónicas, efectúan os traballos de corta, preparación, carga e transporte de madeira. Tal como relatan, prodúcense danos como o desprazamento de

marcos delimitadores de fincas, o que lles ocasiona dificultades e mesmo gastos aos propietarios á hora de colocalos de novo no lugar oportuno. Unha testemuña afirma que as empresas madeiristas “fan e desfán á súa maneira sen que ninguén lles diga nada”, reclamando maior control das súas tarefas.

OROSO

MESÍA

Venden un premio la Lotaría Nacional en Deixebre

A Coruña instalará protección na dársena da Mariña

O despacho de lotaría do Empalme de Deixebre (Oroso) vendeu un primeiro premio da Lotaría Nacional, correspondente ao sorteo do 16 de abril.

O lugar onde faleceu afogado Manuel Rodríguez, de Visantoña (Mesía), na dársena da Mariña (A Coruña) contará con elementos de protección tras un novo afogamento en

O número premiado foi o 93.539. Correspóndenlle 300.000 euros por serie, é dicir, 30.000 euros por décimo. Non trascendeu cantos décimos se venderon nin a quen.

circunstancias aparentemente similares, cun mozo de Pontedeume como vítima. A Autoridad Portuaria e o Concello acordaron instalar unha bancada que impida caer á auga.


Crónicas - Abril 2017

23

ACTUALIDADE As accións da Cruz Vermella de Ordes chegaron o ano pasado a 1.269 persoas. Así figura no balance de 2016 que a entidade presentou hai uns días como exercicio de transparencia ante a sociedade e especialmente ante o voluntariado, os socios e as empresas colaboradoras. Especial mención merece a atención a persoas en situación de vulnerabilidade, que sumou 211 casos en todo o exercicio. Delas, 152 son persoas en vulnerabilidade extrema, que tiveron que recibir apoio da organización a través do programa de reparto de alimentos ou de axudas educativas, sanitarias ou de subministracións. Estes datos representan un incremento con respecto a 2015, cando o balance era de atención a 200 persoas en situación de vulnerabilidade, das que 136 corresponderían a casos extremos. APOIO INTEGRADOR As intervencións da Cruz Vermella contribuíron a unha maior integración social dos sectores máis necesitados de apoio, como a infancia, a mocidade, a inmigración ou a terceira idade. Un exemplo son os 28 nenos e nenas que participaron en proxectos de promoción do éxito escolar, a través dos programas de apoio en tarefas escolares ou co reparto de me-

ORDES Máis de 200 presentan situación de vulnerabilidade socioeconómica

A actividade da Cruz Vermella chegou o ano pasado a preto de 1.300 persoas Cruz Vermella. Neste sentido, cómpre ter en conta que o servizo de teleasistencia da organización beneficia a 44 persoas no municipio ordense. E as diferentes campañas de sensibilización emprendidas pola entidade en Ordes durante o ano pasado chegaron a 247 persoas.

Acto de presentación do balance de 2016 da Cruz Vermella en Ordes

rendas saudables. Estas iniciativas mantiveron o obxectivo de promover a educación en valores, cun total de 137 obradoiros de perspectiva de xénero e coeducación e dous para favorecer o consumo responsable de xoguetes, efectuados ao longo do ano. Outra das actividades destaca-

das da Cruz Vermella son as clases de castelán, que axudaron a 22 persoas inmigrantes na súa integración, na busca de emprego e na participación na sociedade, sempre con itinerarios específicos adaptados ás necesidades concretas. As persoas maiores son outro colectivo de atención preferente para a

49 VOLUNTARIOS A Asemblea Local da Cruz Vermella destaca que toda a súa actividade foi posible grazas ao labor dos 49 voluntarios e voluntarias cos que contan e que “constitúen a base da organización”, tal como explican nun comunicado. No acto de presentación do balance de actividade estiveron presentes o presidente da Cruz Vermella de Ordes, Manuel Viqueira Verea; a directora local de Cruz Vermella Xuventude, María Silveira Santamaría; a concelleira de Educación, Benestar Social e Traballo, Susana García Gómez; e Mercedes Casanova Díaz, presidenta da Cruz Vermella na provincia coruñesa.

Benvida do Concello a EXPO ORDES Un ano máis dende o Concello de Ordes queremos convidar a todas e a todos a desfrutar de ExpoOrdes. Tócanos vivir xa a XXVIII edición e temos preparada unha ampla exposición na que se poderán coñecer de primeira man as novidades máis destacadas no ámbito da alimentación, automoción, construción, moble, medio ambiente, imaxen, enerxías renovables, acción social, deportes, mecánica, maquinaria agrícola e gandeira, ocio, téxtil etc. En todos e cada un deles os nosos empresarios, empresarias, autónomos e autónomas ocupan un lugar destacado, tanto polo seu bo facer como polas posibilidades de negocio que traen para consigo e para o noso municipio en xeral. Todo isto ao longo dun espazo que supera os 13000 metros cuadrados e que está situado en pleno corazón da vila ordense. Tras moitos anos ExpoOrdes está considerada unha das principais feiras multisectoriais do territorio galego, no que as oportunidades comerciais que ofrece son do máis amplas. Sen dúbida o contacto directo que posibilita co público é unha das súas maiores bazas. A isto temos que sumarlle a repercusión mediática e informativa que acapara nos principais medios de comunicación, feito que acentúa o labor promocional que supón ter presenza nesta cita. Pero faise necesario ir máis aló do enfoque comercial e presentar a ExpoOrdes como unha das principais celebracións lúdicas do noso

municipio. Como bos galegos a nosa alegría e diversión está directamente ligada á boa mesa. A degustación de champiñóns en Ordes atrae a xente de máis aló da nosa comarca. Hostaleiros e hostaleiras enfúndanse os seus mandís e poñen ao lume as súas tixolas e cozolas máis grandes con fin de deixar satisfeitos aos milleiros de persoas que participan desta festa. E o certo é que sempre o conseguen. Grazas a ese esforzo, implicación e compromiso a día de hoxe podemos citar a degustación de champiñóns de Ordes como un dos encontros gastronómicos máis orixinais e destacados do territorio galego. Aproveito estas liñas para agradecer a cada unha das persoas que ao longo de todos estes anos fixeron posible que ExpoOrdes ocupe o lugar tan relevante que ten hoxe en día. Empresarios, autónomos, hostaleiros, representantes e dirixentes institucionais, azafatas, montadores, persoal do Concello etc que co seu traballo fixeron posible que hoxe novamente estemos aquí. Un agradecemento que non só o expreso publicamente como alcalde senón, e sobre todo, como veciño de Ordes. A cantos nos visiten estes días, deséxolles unha grata estadía entre nós, bos desexos que fago extensivos ás veciñas e veciños de Ordes, xunto co dun agradecemento sincero a cantas persoas fan realidade este certame.

José Luis Martínez Sanjurjo Alcalde de Ordes


Crónicas - Abril 2017

24

ACTUALIDADE

Libros de texto r Material escola

C/ Ramón Ferreiro nº 2 - ORDES Telf: 981 681 394

ORDES A iniciativa vaise ampliar a novos centros educativos de toda Galicia para favorecer a lectura

Feijóo presenta no IES Maruxa Mallo un plan para bibliotecas O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acudiu ao IES Maruxa Mallo, en Ordes, para presentar a ampliación dun plan para as bibliotecas dos centros públicos de ensino de Galicia. O titular do goberno autonómico estivo acompañado polo conselleiro de Educación e Cultura, Román Rodríguez; o delegado provincial da Xunta, Ovidio Rodeiro; o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo; e os responsables do centro educativo. O chamado Plan Lía 2016-2020 chega actualmente a 600 centros. Unha das súas prioridades é incorporar as novas tecnoloxías ao ensino e dotar de espírito crítico o alumnado, ademais de favorecer a aprendizaxe inclusiva para atender a diversidade e evitar o fracaso escolar, segundo a Xunta. O presidente autonómico puxo como exemplo das accións do plan a iniciativa das mochilas viaxeiras do Maruxa Mallo.

O presidente da Xunta visitou o IES Maruxa Mallo e compartiu uns minutos con alumnado do centro na biblioteca

Na visita participaron, ademais do titular da Xunta, o conselleiro de Cultura e Educación, o delegado provincial e o alcalde


Crónicas - Abril 2017

25

ACTUALIDADE CERCEDA Tratará subprodutos de orixe animal para utilizalos en fertilizantes

ORDES

Gesuga pon en funcionamento unha nova planta con seis postos de emprego

A veterinaria da canceira municipal, ferida grave polo ataque dun can

A empresa Gestora de Subproductos de Galicia (Gesuga) puxo en funcionamento unha nova planta en Cerceda. Ten 2.200 metros cadrados de superficie e supón crear seis postos de emprego, que se suman aos 40.600 metros cadrados e 56 empregos das instalacións xa existentes. Esta planta trata especificamente subprodutos de orixe animal catalogados como de categoría 2. Son os que non supoñen risco de transmitir enfermidades nin ter sustancias ilegais ou contaminantes, tales como esterco, materiais de orixe animal recollidos ao depurar augas residuais de matadoiros ou que conteñan residuos de medicamentos veterinarios e contaminantes. A súa natureza permite que ao tratalos se empreguen para a elaboración de fertilizantes, fronte a residuos de maior risco, os de categoría 1, que se utilizan para incinerar e destinalos á industria cementeira. As novas instalacións, capaces de tratar unhas 6.000 toneladas anuais, foron inauguradas nun acto que con-

A veterinaria da canceira municipal de Ordes sufriu feridas de gravidade nunha perna tras ser atacada por un can do centro. Precisou ser hospitalizada e operada e terá que afrontar varios meses de rehabilitación. O can, un rottweiler duns sete anos de idade que os seus donos deixaran no centro ao non poder seguir téndoo, estaba nunha gaiola propia apartado dos demais. A profesional estaba avaliando o seu comportamento para decidir se sería apto para dar en adopción. A rapidez do ataque só lle deixou tempo á veterinaria para subirse e agarrarse ao valado do recinto e berrar pedindo axuda. Por sorte, os bombeiros de Ordes, situados xusto ao lado da canceira, escoitárona e acudiron de inmediato. Deron apartado o animal utilizando auga a presión e pediron auxilio médico. Despois do ataque, o can foi sacrificado.

As novas instalacións poden tratar ata 6.000 toneladas anuais de residuos

tou coa presenza da conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez; o directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo; o vicepresidente do Parlamento, Diego Calvo; e o alcalde de Cerceda, José García Liñares, entre outros.

A conselleira sinalou a importancia dun correcto tratamento dos residuos para a saúde humana, a sanidade animal e o medio ambiente. O alcalde reclamou apoio autonómico para mellorar o vial de acceso a Gesuga na Areosa, que resulta demasiado estreito. Vázquez aceptou.

ORDES

CERCEDA

Veiras, edil ordense, entra no Consello Nacional do BNG

Deciden liquidar a sociedade da radio e televisión, que seguirá

Veiras Carneiro foi elixido tras a recente asemblea nacional do BNG

Gonzalo Veiras Carneiro, concelleiro do BNG en Ordes, foi escollido como un dos novos integrantes do Consello Nacional do Bloque tras a súa recente asemblea nacional. Os nacionalistas ordenses valoraron esta elección como “un recoñecemento ao seu labor como responsable local e como conce-

lleiro do grupo municipal”. Á vez, o Bloque valora a entrada de Veiras no Consello Nacional como “unha mostra de apoio ao traballo desenvolvido polo BNG de Ordes e a súa militancia” con propostas para mellorar a calidade de vida, recuperar os dereitos laborais das persoas traballadoras e defender o interese xeral.

A sociedade limitada da radio e televisión de Cerceda será liquidada e o servizo pasará a ser asumido directamente polo Concello. Así o acordou o pleno municipal, cos votos a favor do goberno (PSOE) e do BNG, máis a abstención do PP. A decisión tómase para cumprir unha lei estatal de 2013, impulsada polo ministro Cristóbal Montoro, que obriga a todas as empresas de carácter público a ter equilibrio financeiro ou senón desaparecer. O proceso implica múltiples trámites e levará tempo. Como liquidadores, foron designados o alcalde, José García Liñares, e a concelleira María Viqueira. A radio e a televisión locais seguirán emitindo de momento, aínda que polo de agora non está claro o encaixe legal polo que se optará para que o persoal se incorpore ao Concello e os medios de comunicación sobrevivan.

No debate, o portavoz do PP, Francisco Santos, considerou que a radio e a televisión funcionaron sempre con todo tipo de problemas e define a nova situación como “unha fase de incógnita”. Por iso, emprazou ao goberno a buscar a figura legal precisa para encauzar o servizo. Rocío da Igrexa (BNG) cre que a aplicación das leis galegas dálle opcións ao Concello de manter o servizo de radio e televisión, a pesar da norma de Montoro. Ademais, suxeriu buscar novas formas de financiamento para que, no posible, supoña o menor custo para o erario municipal. Tanto o PP como o BNG pediron cambios no funcionamento dos medios públicos, cun regulamento que garanta a igualdade de acceso e a pluralidade. O alcalde negou que impida a libre expresión de ninguén e indicou que o regulamento será elaborado, pero a prioridade agora é a liquidación.


26

Crónicas - Abril 2017

ACTUALIDADE COMARCA

FRADES

Unha ferramenta do CIM recibe un premio autonómico

Rey Martínez quere un centro de uso social na Pontecarreira

Na recepción participaron representantes de todos os Concellos da comarca

Reunión entre o conselleiro de Política Social e o alcalde de Frades

A Mancomunidade de Ordes recibiu o primeiro premio Coopera Galicia polo seu servizo Conecta CIM. Trátase dunha ferramenta do Centro de Información á Muller (CIM) que facilita o acceso non presencial ás usuarias. Permite solicitar citas, efectuar consultas e incluso usala en zonas sen cobertura.

O alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez, presentoulle ao conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, o proxecto dun centro sociocomunitario que se construiría na Pontecarreira. O rexedor precisou que se trata dunha iniciativa “a medio prazo”, aínda que observa receptividade no cargo autonómico.

O premio, que ten unha asignación económica de 40.000 euros, foi entregado nun acto presidido polo vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, ao que acudiron representantes dos sete Concellos que integran a Mancomunidade e responsables do CIM. Recolleuno Roberto Rey, como presidente da entidade supramunicipal.

Nun encontro entre os dous, avaliaron o alcance do Servizo de Axuda no Fogar, que en Frades se presta a través da Mancomunidade de Ordes, así como a posibilidade de abrir novas casas-niño, unha caste de gardería para un máxino de cinco usuarios a cargo de particulares, logo da creación dunha na parroquia de Abellá.


Crónicas - Abril 2017

27

ACTUALIDADE COMARCA Montse Bouzas e Manuel Pazos son os primeiros peregrinos que acreditan o percorrido no Cabildo

As primeiras compostelas chegadas da Coruña Os primeiros peregrinos que reciben a compostela tras percorrer o Camiño Inglés entre A Coruña e Santiago son Montse Bouzas e Manuel Pazos, ela da Serra de Outes e el de Marzoa (Oroso) e os dous residentes na área metropolitana da Coruña. Tal acreditación non foi algo buscado, senón que o descubriron ao chegar ao Centro de Acollida Internacional do Peregrino de Santiago, o pasado 25 de marzo. A persoa que efectuaba o trámite comentoulles, tras comprobar que todo estaba correcto: “sodes os primeiros”. E iso que xa pasaran un par de meses desde que o Cabildo decidise outorgar a certificación de peregrino a quen, cumprindo unhas condicións, completase a variante do Camiño Inglés desde A Coruña. Ata entón só se lles concedía a compostela aos camiñantes que percorrían o itinerario de Ferrol, xa que este si supera os cen quilómetros de longo. No caso de Bouzas e Pazos, cum-

priron as condicións de proceder da contorna da Coruña e visitar un lugar xacobeo, avogoso a Santiago. Eles visitaron, cuñaron a credencial e partiron da igrexa románica de Santiago da Coruña, o lugar de partida histórica dos peregrinos cara a Santiago. Segundo averiguaron, nas semanas previas chegaran outros camiñantes desde A Coruña, pero non cumprían os requisitos necesarios para obter a compostela. Bouzas e Pazos son tamén os primeiros en acadar a certificación completando o Camiño segundo a delimitación oficial establecida pola Xunta en 2014. Viron como en numerosos treitos carece de sinalización, sobre todo en Oroso e Santiago, polo que lles resultou moi útil o seu traballo previo de documentación. No seu percorrido, utilizaron un GPS para medir todas as etapas realizadas. O conxunto suma 80,96 quilómetros. Distribúense así: 21,6 km desde A Coruña ao albergue de Ser-

A peregrinación, base para unha guía que se presenta o 26 de maio Esta peregrinación serviulle a Manuel Pazos Gómez, na súa faceta de historiador e investigador, como traballo de campo para a edición dunha guía, que se titulará “Descrición do Camiño Inglés da Coruña a Compostela”. A obra, editada polo Concello de Oroso, preséntase o venres 26 de maio (20:30 horas) no Centro Cultural de Sigüeiro. Incorpora un texto en inglés da profesora Trese Barton, de Detroit (Michigan, Estados Unidos), que ofrecerá unha interesante e enriquecedora visión do Camiño Inglés desde a perspectiva dunha moza norteamericana.

Pazos e Bouzas, coas súas compostelas na oficina do peregrino en Santiago

gude (Carral), 14,5 km ata o albergue de Bruma (Mesía), 27,2 km ata Sigüeiro (Oroso) e 17,5 km ata a Catedral de Santiago.

COMARCA

Intercambio co Camiño Portugués Unha delegación do Concello de Tui visitou o de Oroso para intercambiar experiencias sobre a recuperación, a sinalización e a promoción do Camiño Inglés, no caso do municipio da nosa comarca, e do Camiño Portugués, no caso da localidade pontevedresa.

O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, asegurou que estas visitas serven para “facer máis grandes os dous Camiños”. Oroso visitará Tui para coñecer o Camiño Portugués, tamén minoritario pero en crecemento como o Inglés, que tivo case 10.000 peregrinos en 2016.

s o t s e upu omiso s e r P mpr o sin c

Revisiones gratuitas

Clínica Dental • • •

Odontología General y Estética Ortodoncia Prótesis sobre implantes

• • •

Extracciones molares del juicio Colocación de implantes Apicectomías

Eduardo Pondal, 11 Bajo. ORDES

981 680 320 - 620 822 531


Crónicas - Abril 2017

28

ECONOMÍA E TRABALLO COMARCA As cotizacións seguen baixas pese a que non se desbocou a produción

Dous anos sen cotas, mil granxas menos e prezos que non se recuperan Parecía que nada ía ser igual, pero en realidade case nada cambiou. Dous anos despois da desaparición do sistema de cotas leiteiras, as dificultades do sector en Galicia seguen sendo as mesmas e a tendencia negativa non ten traza de desaparecer. De feito, nestas dúas campañas sen limitacións oficiais á produción pecharon máis de mil granxas. Pasaron das 9.484 de abril de 2015 ás 8.433 que se computaban no remate do pasado febreiro, o dato máis recente ofrecido polo Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente. A razón de fondo é sobradamente coñecida. Os prezos non son suficientes para facer rendible a actividade, que por iso mesmo non consegue o relevo xeracional necesario. E tampouco as medidas para acadar unha maior produtividade, eficiencia e competitividade dan efectos inmediatos, de modo que aspectos como a consecución de base territorial a custos razoables seguen lonxanos,

En Galicia quedan 8.433 explotacións leiteiras, segundo datos do Ministerio

coa continua ameaza de fenómenos como o das plantacións forestais. Os prezos do leite galego en orixe continúan sendo os máis baixos de toda España e practicamente de toda Europa. O dato de febreiro foi de 0,302 euros por litro, cando a media española é de 0,316. Numerosas granxas non pasan dos 0,28 euros. Asturias, a zona produtora máis

próxima, chega aos 0,337 euros por litro. En países como Alemaña, Francia ou Irlanda, as cotizacións sitúanse entre os 0,34 e os 0,36 euros, segundo un informe do SLG. E no horizonte, advirte esta mesma entidade, proxectos como a da macro-granxa de Soria con 20.000 vacas de leite. Corenta como ela equivalen a todo o sector en Galicia.

PREZOS DO LEITE

FEBREIRO / XANEIRO (€/litro) Galicia Andalucía Aragón Asturias Baleares Canarias Cantabria Castela-A Mancha Castela e León Cataluña Extremadura Madrid Murcia Navarra Euskadi A Rioxa Valencia ESPAÑA

0,302 0,329 0,305 0,337 0,302 0,450 0,315 0,330 0,317 0,322 0,316 0,321 0,312 0,323 0,348 0,335 0,327 0,316

0,303 0,330 0,316 0,334 0,307 0,449 0,317 0,333 0,318 0,312 0,318 0,322 0,311 0,327 0,349 0,342 0,325 0,316

MEDIAS ESPAÑA FEBREIRO 2013 0,337 2014 0,390 2015 0,323 2016 0,306 2017 0,316

PRODUCIÓN FEBREIRO 2016

2017

Galicia 211.578 tn 201.905 tn España 566.574 tn 541.717 tn Fonte: FEGA (03-04-2017)

Os pagamentos da Política Agraria Común (PAC) fanse efectivos durante este mes de abril Durante este mes de abril, uns 12.000 agricultores e Gandeiros en toda Galicia percibirán os pagamentos da Política Agraria Común (PAC). En total, o Fondo Galego de Garantía Agraria (FOGGA) ingrésalles uns catorce millóns de euros.

A maior parte dos fondos son os do pago básico e o pago verde, que suman 9,2 millóns de euros. O primeiro é o relativo á asignación de dereitos de agricultores e gandeiros e o número de hectáreas declaradas. O pago verde prima o mantemento

de pastos, a diversificación de cultivos e as superficies de interese ecolóxico. A media que perciben os beneficiarios é duns 1.400 euros de pago básico e de arredor de 700 euros de pago verde. Outros importes que distribúe

o FOGGA este mes son os de vacún de cebo, para becerros cebados na mesma explotación ou procedentes doutra, os de vacas nutrices e os de vacas de leite. O resto de partidas corresponden a ovino, cabrún e outras especies gandeiras.


Crónicas - Abril 2017

29

ECONOMÍA E TRABALLO OROSO ‘Sigüeiro Vende’ creouse con 25 establecementos asociados

Unha nova asociación intenta potenciar o comercio local en Sigüeiro O sector comercial de Sigüeiro (Oroso) ten unha nova asociación de referencia. Chámase ‘Sigüeiro Vende’ e nace con 25 establecementos asociados. O seu propósito manifesto é que o comercio local sexa “máis dinámico, actual e competitivo”. A entidade está presidida por Dolores Rial, con Eva Carreira como vicepresidenta, Carmen López como tesoureira e Patricia Grela como secretaria e voceira. No acto de presentación en sociedade, estiveron acompañadas por concelleiros de todos os grupos políticos de Oroso, entre eles o alcalde, Manuel Mirás. A voceira de ‘Sigüeiro Vende’ explicou que o comercio local ten que

‘Sigüeiro Vende’ contou co respaldo de todos os grupos políticos na súa presentación

apostar por xerar experiencias de compra: “ir de compras xa non é só achegarse a un establecemento a

mercar algo que precisas; ir de compras é sobre todo un fenómeno social, un tempo de ocio semellante a

outras actividades como ir tomar un café”, expuxo Patricia Grela. De aí que un dos propósitos da asociación sexa mellorar a oferta comercial e competir nos aspectos nos que, ao seu xuízo, pode facelo o comercio local. Non tanto os prezos como a atención ao cliente, a mellora da imaxe, a profesionalización e iniciativas para fidelizar o cliente, como os vales descontos que se entregan este mes de abril. O alcalde, Manuel Mirás, ofreceu apoio municipal ao novo colectivo e advertiu de que “se traballamos en conxunto, con paciencia e sen parar, podemos converter Sigüeiro nun Centro Comercial Aberto”. Entre as accións para favorecer o comercio, o rexedor citou a mellora de rúas e beirarrúas para favorecer a mobilidade en Sigüeiro. O concelleiro de Comercio, Antonio Leira, considera que o sector deu pasos “ilusionantes” nos últimos meses para a súa dinamización e animou a outros negocios a asociarse a ‘Sigüeiro Vende’.

TÉXTIL As traballadoras reclaman dereitos na xustiza

Consúmanse os 103 despedimentos en Deus O grupo téxtil ordense Deus fixo efectivos a comezos de abril os 103 despedimentos contemplados nos Expedientes de Regulación de Emprego (ERE) das súas empresas: 43 en Shivshi, 40 de Deus Creaciones e 20 de Confecciones Deus, xa efectuados a finais de marzo. As traballadoras afectadas desenvolveron unha intensa campaña

de mobilizacións contra a decisión da empresa. As representantes sindicais consideraron sempre que os ERE son “a todas luces unha fraude”. Tamén critican a reforma laboral do PP, que fai que as traballadoras teñan que acudir ao xulgado para reclamar o seu dereito a manter o emprego e a cobrar os salarios e a indemnización por despedimento.

Concentración de protesta na Alameda de Ordes tras marchar a pé desde Merelle

28 Ma yo 201

7


30

Crónicas - Abril 2017

XENTE DE AQUÍ ENTREVISTA Laura Romero, ilustradora e artista plástica de Ordes

“Sempre hai un creativo detrás de cada cousa que usamos, debe verse como unha profesión máis” Licenciada en Belas Artes pola Universidade de Salamanca en 2014, na especialidade de pintura, Laura Romero é unha artista bastante polifacética que defende un maior protagonismo para a creatividade nas nosas vidas. Para isto, implícase a nivel social realizando obradoiros artísticos con escolares e diversos colectivos. - Ilustradora, pintora, baixista en Zënzar... en que faceta se ve máis cómoda? - A música é algo máis ca un simple hobbie para min. Nunca imaxinei que tocaría nunha banda coma Zënzar, así que non podería estar máis contenta. Pero a miña formación dende o bacharelato é artística, sempre o tiven moi claro. Véxome máis cómoda co lapis ou o pincel porque teño máis formación, máis horas investidas e agora mesmo é ó que me dedico. - En poucas palabras, fágase un autorretrato? - Considérome creativa e imaxinativa, e ás veces un pouco nerviosa. Tamén son unha persoa que soe facer

un mundo de calquera cousa, por pequena que sexa. Iso ás veces é algo moi bo e outras... non tan bo: podo empezar un día súper productivo e á mínima rematalo sen nada medianamente aproveitable. - Vostede realizou hai unhas semanas un obradoiro de libro ilustrado con escolares de Ordes. Que achegan este tipo de iniciativas á educación dos máis pequenos? - Tiña moitas ganas de facer un obradoiro así en Ordes dende hai tempo, así que cando contactou comigo a ANPA do Campomaior para propoñermo aceptei encantada. Considero que estas actividades nas aulas con ilustradores, oleiros, luthiers...

son moi necesarias xa que é unha ral. Todos os nenos e nenas, sen exoportunidade para coñecer cousas cepción, son moi creativos, e, na miña novas nas que ás veces non se repara, opinión, é o pouco tempo que se decomo é o proceso que hai detrás da dica a explotar esa creatividade increación dun libro, dun instrumento nata o causante de que se perda o inmusical... terese segundo nos facemos adultos. No obradoiro que realicei o máis É coma se se considerase oposto á seinteresante non foi que viran ilus- riedade ou á responsabilidade que tracións rematanos inculcan das, senón que viimos “A creatividade vese como segundo ran ese proceso medrando, e desde que só hai unha cualidade coa que na- iso é un erro. unha idea difusa cen poucas persoas, o certo en forma de ma- E na socieé que é como un músculo dade, rañas de liñas conta co que hai que exercitar” aparentemente espazo e a vasen sentido nun loración necepapel ata que se pasa a limpo. E ta- sarias e oportunas? mén estivo moi ben o feito de tra- A creatividade séguese a ver tarse dun obradoiro práctico, ou sexa, como unha cualidade coa que nacen que os nenos e nenas puidesen facer unhas poucas persoas, e o certo é que as súas ilustracións e velas plasmadas é coma un músculo: hai que exercinuns murais. tala. Actualmente hai moitas actividades nos museos, festivais de arte na - A creatividade artística ten sufi- rúa, moitas propostas culturais que ciente espazo nas aulas? fan que a xente teña a oportunidade - Non, hai moi pouco tempo de- de achegarse máis á arte e á cultura, dicado á arte e á creatividade en xe- pero é necesario derrubar o mito da


Crónicas - Abril 2017

31

XENTE DE AQUÍ creatividade como xenialidade absoluta para que ocupe o seu merecido espazo na sociedade.

ticipar. É unha actividade que eu fago moi a miúdo, sempre vou co caderno na mochila, e é un exercicio marabilloso contra o bloqueo, o pesimismo e a apatía, e iso se se fai en grupo é moitísimo mellor.

- Ordes conta co festival DesOrdes Creativas como un exemplo de que unha iniciativa cultural pode axudar a cambiar unha vila. Desde o - É necesario cambiar o chip e seu campo de traballo, que proposta ver as artes xa non tanto como unha faría vostede para unha intervención afección, senón como unha posible cultural pública? profesión? - O importante de festivais como - Por suposto. Dende pequenos o DesOrdes é que non só cambian as case non nos falan desa posibilidade, rúas da vila, senón que fan agromar aínda existe o cliché do artista como algo novo na xente que a habita, in- xenio incomprendido e solitario que cluso na xente que nunca se intere- empeza a ser valorado despois de sou pola arte, e iso é xenial. morto. O relacionado coa arte e a Eu proporía creatividade debe algo máis pare valorarse “O importante de festivais verse ticipativo coa como unha profecomo DesOrdes non é só sión como outra xente, algo similar ó Comcalquera, pensa cambiar as rúas da vila, postela Ilusxente que trasenón facer agromar algo na trada que se balla nun museo fixo o pasado novo na xente que a habita” ou nunha galería, mes de novemos tasadores, os bro. Sería un roteiro en grupo pola vila críticos, os comisarios e montadores facendo varias paradas durante as ca- de exposicións, os profesores de arte, les cada persoa ilustraría nun caderno os ilustradores que debuxan os libros ou papel pequeno un elemento, unha e revistas que lemos, os fotógrafos, esquina, unha ventá, algo no que os que deseñan os personaxes dos nunca antes reparou e que no mo- debuxos animados, os que constrúen mento lle chame a atención. os escenarios do teatro e do cine, os Sería unha actividade máis de ob- videoxogos... e por suposto os músiservación (que é o realmente impor- cos, os deseñadores... Sempre hai un tante) que de técnica, ou sexa que cal- creativo detrás de cada cousa que vequera persoa interesada podería par- mos e usamos.

A ilustradora e artista plástica ordense, no seu obradoiro de traballo


32

Crónicas - Abril 2017

XENTE DE AQUÍ FRADES Vermú e verbena con tortillas de masa feitas no momento nos Pasos (Aiazo)

FRADES - MESÍA

Doce festas da merenda

Cursos para aprender a podar e enxertar

A Festa da Merenda celebrou a súa duodécima edición nos Pasos, en Aiazo (Frades). Este ano axudou a meteoroloxía, seca e soleada, e milleiros de persoas, segundo a organización, acudiron a un evento no que o principal reclamo son as tortillas de masa feitas no propio lugar para acompañar o vermú ao son das charangas ao mediodía, a foliada durante a tarde e a verbena no serán e a noite con orquestras.

A organización estima que despachou máis de mil tortillas de masa na xornada

A festa está organizada pola asociación veciñal Os Pasos, que se encarga de elaborar as tortillas de masa no campo da festa

Frades e Mesía desenvolveron nas últimas semanas senllos cursos sobre poda e enxertos, coa participación de máis de vinte persoas en cada un deles. A formación recibida, unhas trinta horas en total, permítelle ao alumnado aprender as técnicas de poda máis axeitadas para as diferentes especies de planta e tamén os distintos métodos para multiplicar e propagar, como sementes, enxertos ou estaquillado.

TORDOIA

Noelia Rey expón os seus ‘Positive Feelings’ na Casa da Cultura ata rematar abril Durante todo o mes de abril, a Casa da Cultura de Tordoia, situada na capital municipal en Pontepedra, acolle a exposición de fotografía ‘Positive Feelings’, de Noelia Rey Gabin.

A mostra inaugurouse o 4 de abril. Con acceso libre e con horario vespertino (de 16:00 a 21:00 horas), é a primeira exposición da autora. A colección de imaxes trata de expre-

sar diferentes sentimentos e sensacións, dunha forma máis ou menos directa con imaxes dun enfoque moi persoal ou mediante a suxestión a partir de escenas cotiás.

Esta mostra chega ao centro cultural tordoiés despois do éxito acadado pola exposición doutra veciña do municipio, Mari Vega, baixo o título de ‘Rescaldo en Tordoia’.


Crónicas - Abril 2017

33

XENTE DE AQUÍ ORDES

MESÍA

Seis sábados para sumar novas destrezas entre os fogóns

Vimbios que cobran vida nun obradoiro de cestería especial

As clases desenvolvéronse na cociña do primeiro andar da Praza de Abastos

A clase serviu para construír un iglú con varas de vimbio nas Brañas da Valga

A Asociación de Amas de Casa de Ordes rematou a undécima edición do seu curso de cociña, que se desenvolveu durante seis sábados pola tarde en sesións de tres horas de duración cada unha. Como profesor deste curso exerceu unha vez máis Jenaro Fieira, que lles ensinou ás persoas participantes un recetario moi di-

O Concello de Mesía desenvolveu un obradoiro de cestería viva na área natural das Brañas da Valga, en Visantoña. Esta actividade, impartida por María Folgueira, serviu para aprender a darlles diversas formas aos vimbios. A diferencia dos cestos tradicionais, neste caso van en contacto coa terra, de maneira que a

verso, con propostas tradicionais e actuais útiles para gañar coñecementos e destrezas nas preparacións gastronómicas. A organización do curso agradeceu a colaboración do Concello de Ordes, por permitir que as clases se desenvolvesen nas cociñas instaladas no andar superior da Praza de Abastos.

planta poida prender e dar lugar a unha estrutura viva. Así, as persoas que participaron prepararon unha árbore en cadanseu maceteiro. E de maneira colectiva construíron unha especie de iglú coas varas no propio espazo verde. Cando prenda, conformará un atractivo máis na zona, sobre todo para a infancia.


34

Crónicas - Abril 2017

XENTE DE AQUÍ FRADES

COMARCA

Saídas de termalismo desde Frades ao balneario de Brión

Entregan os premios escolares de ‘Rosalía verso a verso’

Entrega dos premios correspondentes ao CEIP Castelao de Ordes Participantes nunha das saídas termais, á entrada do hotel balneario

Concluíron as catro saídas programadas polo Concello de Frades ao balneario de Brión. Nelas participaron unha media de trinta e cinco persoas. Esta actividade desenvolveuse co sistema xa habitual de desprazamentos en autobús a primeira hora da tarde. En cada saída, as persoas participantes comple-

taron un circuíto termal con piscina de chorros, contracorrentes, jacuzzi, saunas, ducha bitérmica e de aromas, circuíto circulatorio de pernas e unha sala de relax con mármore quente. O prezo de participación é de 10 euros por cada xornada, dado que o Concello fíxose cargo do 70% do custo real.

MESÍA - FRADES

Homenaxe a Pedro Santos, o 1 de maio nas Virtudes O vindeiro 1 de maio, luns, terá lugar unha homenaxe a Pedro Santos Canosa, párroco de Xanceda e outros lugares limitrofes, no campo da festa das Virtudes. Comezará ás 13

horas cunha misa na capela e ás 14 horas descubrirase unha placa conmemorativa de lembranza. Despois, celébrase un xantar, con entradas á venda en establecementos da zona.

O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes entregou os premios do seu evento ‘Rosalía verso a verso’. Os centros educativos que resultaron premiados pola súa participación con o CEIP Castelao, de Ordes, e o CPI da Pontecarreira. No sorteo entre o alumnado participante, o gañador foi Anxo, de 4 anos, alumno do Castelao. Este evento foi organizado con

motivo do Día de Rosalía, o 24 de febreiro, e foise desenvolvendo nas semanas posteriores. Entregaron os premios o presidente da Mancomunidade, Roberto Rey, a concelleira de Educación ordense, Susana García, e a técnica do SNL, Irene Bravo. O CEIP Castelao estivo representado pola responsable do seu equipo de normalización lingüística, Rocío Gómez, e a directora, Maribel Graña.

TORDOIA

Xira dos ‘Faíscas da Pontraga’ por Arxentina e por Uruguai

Actuación recente da charanga de música tradicional ‘Faíscas da Pontraga’

O grupo de música tradicional ‘Faíscas da Pontraga’, de Tordoia, desenvolveu durante este mes de abril unha xira de actuacións en Arxentina e Uruguai. Con quince anos en activo e máis de 400 concertos ofrecidos, esta foi a primeira vez que esta charanga pisou o continente americano para actuar.

Ofreceron concertos en Bos Aires, na sede do Partido de Corcubión, e en Mar de Plata, no Centro Gallego. En Uruguai, actuaron no Centro Español de Maldonado e no Centro Gallego de Montevideo. Faíscas da Pontraga ofreceu, entre outras, pezas do seu primeiro disco ‘Velaí vén!’, presentado hai un ano con boa acollida.


Crónicas - Abril 2017

35

DEPORTES HÓCKEY

XADREZ

O A.C. Ordes júnior, campión galego e do sector norte

Novos éxitos deportivos para o Club Xadrez Oroso

O equipo celebra o seu triunfo na competición da fase do sector norte

Abril Viqueira

Alfonso Sánchez

O equipo de hóckey A.C. Ordes proclamouse campión júnior galego tras a súa vitoria por 2 a 1 contra o Liceo. O conxunto ordense vencera na primeira xornada ao Dominicos e na segunda ao Compañía de María. Nos dous casos, o resultado foi de 6-2.

O Club Xadrez Oroso suma novos éxitos nas competicións nas que participa. No Torneo Escolar de Xogade, a ordense Abril Viqueira foi subcampioa alevín e Alfonso Sánchez foi quinto, a só medio punto do podio. Fixeron tamén un bo traballo Martiño Conde, Ana Regos, Miguel Garrido e Emiliano Sánchez. Por outra parte, Martín Pena, tamén integrante do club, é o novo subcampión galego de xadrez. Aínda que partía quinto no ranking e o nivel dos 57 xogadores era moi alto, Pena foi moi eficaz no torneo e mesmo empatou co campión final.

Martín Pena

O partido contra o Liceo supúxolles o acceso á fase de sector norte, disputada en Asturias nas datas de Semana Santa. Tamén nesta competición triunfaron, proclamándose campións e clasificándose para xogar o Campionato de España.

TAEKWONDO

Sara Gacio, bronce no Open de España en categoría júnior

FÚTBOL SALA

O Teke Teke gaña a liga ordense

Gacio Cendal, coa medalla acadada na competición disputada en Alacante

Sara Gacio Cendal, residente en Deixebre (Oroso), acadou a medalla de bronce no Open de España de taekwondo, que se disputou en Alacante. A competición, organizada pola Federación Española de Taekwondo, congregou uns 2.500 deportistas dunha vintena de países de todo o mundo.

Gacio obtivo a súa medalla na modalidade de combate. Era o seu debut na categoría de menos de 55 quilos. En decembro pasado, acadara tamén o bronce no Campionato de España de Clubs, entón competindo aínda na categoría cadete de menos de 55 quilos.

O equipo ‘Teke Teke’ é o campión da liga municipal de fútbol sala de Ordes do curso 2016-2017. Este conxunto será o que represente o municipio no Torneo Intermunicipal programado para o venres 26 de maio en Ordes.


Crónicas - Abril 2017

36

DEPORTES CICLISMO

CICLISMO A proba principal reúne uns setenta corredores por estradas de Oroso

Sinalizan os itinerarios máis ciclistas en varias estradas provinciais

Un corredor do Terra Cha gaña o II Memorial Fernando Abad

A Deputación da Coruña vai colocar unha sinalización específica en varias estradas da súa titularidade para advertir da presenza habitual de ciclistas e lembrar a obriga de preservar 1,5 metros de distancia nos adiantamentos. Entre as estradas nas que se instalarán estas advertencias, na comarca de Ordes figuran a que vai desde Ordes ata a Pontecarreira e a que comeza en Sigüeiro en dirección á Grabanxa.

O corredor Javier García, do equipo Terra Cha Vilalba C.C., foi o gañador do II Memorial Fernando Abad, que organiza o club Tambre Bike. Cubriu os 78 quilómetros da proba principal en 2h 4’ 11’’. O segundo clasificado, Rubén Fernández (Cycling Team Cabanas), rexistrou o mesmo tempo. E en terceira posición entrou Emilio de la Campa (Master Morrazo), a 40 segundos. En júnior, victoria para Roi Domínguez (Fundación Óscar Pereiro), en máster 40 primeiro posto para José Antonio Pazos (Código Atlántico) e en máster 50 e máster 60 o campión foi Gonzalo Aguiar (Cycling Team Cabanas). Na competición participaron uns setenta corredores. Discorreu por estradas de Oroso, esvaradías pola chuvia das horas previas, coa Baiuca (Senra) como punto máis elevado do trazado (309 metros sobre o nivel do mar).

ATLETISMO

FÚTBOL 7 ALEVÍN

Medallas de ouro para os veteranos do Atlética A Silva no galego de probas combinadas

Torneo apadriñado por Iago Aspas, o 1 de maio en Oroso

Cinco dos atletas máis veteranos do Club Atlética A Silva obtiveron medalla de ouro coa súa participación no Campionato Galego de probas combinadas, heptatlon na competición feminina e decathlon na masculina. En categoría M35, Xosé Rivera estreábase neste tipo de probas combinadas e triunfou. As demais medallas de ouro correspondéronlles a Alberto Vázquez (M50), José Domínguez (M45), María José Fraga (F40) e Ángeles Rodríguez (F55). A estes campións galegos, hai que engadirlle o bo traballo de María Pena no campionato de clubes de probas combinadas. Sendo a primeira competición de combinadas na categoría cadete (hexathlon), a participante do Atlética A Silva logrou situarse na quinta posición. O Campionato de Galicia de Veteráns Combinadas disputouse en Pontevedra durante a segunda fin de semana de abril.

O campo de fútbol de Sigüeiro acollerá o próximo 1 de maio un torneo internacional de fútbol 7 en categoría alevín. A competición, con organización municipal, está apadriñada polo futbolista Iago Aspas, do Celta de Vigo. Bautizado como ‘Troi Cup’, o torneo contará con doce equipos, dos que nove son españois e tres portugueses. Pola mañá, xogarán unha fase de grupos, con catro de conxuntos de tres equipos. Os mellor clasi-

Foto: Firo Ferreiro A proba sumou uns 78 quilómetros por varias estradas de Sigüeiro e arredores

Foto: Firo Ferreiro Entrega dos trofeos por parte de edís do goberno local aos primeiros clasificados

ficados pasan á fase final pola tarde. Os demais acceden a unha fase de consolación co sistema de eliminatoria. CLASIFICACIÓN Por outra parte, o Xuventude Oroso clasificouse para a fase final do Arousa Fútbol 7, na que competirán con equipos como o Atlético de Madrid, o Paris Saint Germain, o Deportivo da Coruña e o Celta de Vigo. O conxunto de Oros recibiu as felici-

tacións do Concello polo seu éxito, sustentando en que gañou os seus catro partidos xogados, con 27 goles a favor e ningún en contra durante a fase de grupos. Xa na fase final, venceron ao Luis Calvo Sanz de Carballo (2-0), ao Fiaes portugués (3-0) e ao Coruxo (5-1). Como mellor xogador do torneo, figura José Balsa, do Xuventude Oroso, e o que máis tantos anotou na fase previa foi o seu compañeiro Jairo López.

CARREIRA

Frades admite inscricións para a súa carreira pedestre do sábado 13 de maio A carreira pedestre de Frades, que se disputará na Pontecarreira o sábado 13 de maio, ten aberto o prazo de inscrición ata o 11 de maio. A proba, de 8,6 quilómetros de percorrido, está organizada polo Concello e a Federación Galega de Atletismo. Para anotarse, hai que acudir á páxina web www.emesports.es. Resulta de balde para as categorías escolares, desde pitufos ata xuvenís, é dicir, para todas as persoas de dezasete anos ou menos. Neste caso, a

inscrición remata ás 23:59 horas do 10 de maio. Para as demais categorías (júnior, promesas, sénior e veteranos), o prezo é de 5 euros por matrícula e as anotacións poden efectuarse o 11 de maio. A organización reserva 1.225 euros para premios, que se lles entregarán aos cinco primeiros clasificados da categoría absoluta e para os tres mellores equipos nas competicións masculina e feminina. Haberá tamén trofeos para os tres primeiros clasifi-

cados ou clasificadas empadroadas en Frades, e trofeos con carácter especial para a entidade, club ou centro educativo que achegue maior número de corredores. Todos os participantes escolares recibirán unha medalla. As probas comezarán a partir das 17:00 horas do sábado. A última saída está prevista para as 18:00 horas. Na carreira colaboran a Deputación e diversas empresas, comercios e negocios da zona.


Crónicas - Abril 2017

37

DEPORTES CARREIRA

Últimos días para anotarse na pedestre de Oroso, que se disputa o sábado 29 de abril Este mércores 26 de abril remata o prazo para inscribirse na Carreira Pedestre de Oroso, que se disputa o vindeiro sábado 29 pola tarde. As anotacións están abertas a todas as persoas interesadas e poden formalizarse nas páxinas web www.carreirasgalegas.com e www.fgatletismo. es/santiago. A inscrición é de balde para as categorías escolares e custa 5 euros por cada participante da proba absoluta. A carreira comezará ás 17:30 horas en Sigüeiro, coa saída da proba principal. Haberá oito distancias diferentes, adaptadas a un total de catorce categorías de idade, entre os dez quilómetros e os 300 metros. A entrega de premios está prevista para as 20:30 horas. A carreira está organizada polo Concello de Oroso e conta coa colaboración da Deputación da Coruña, de Supermercados Familia, do establecemento deportivo Equip@-T, situado en Sigüeiro, e da Federación Galega de Atletismo.

LIBRO

JUDO

Adrián Mosquera acada o ouro no galego escolar de cadetes

Mosquera, no máis alto do podio do campionato, disputado en Cambre

Adrián Mosquera Veiras, da Escola Municipal de Judo de Cerceda, acadou a medalla de ouro no Campionato Galego Escolar 2017 na categoría cadete. O resultado deulle o pase á fase final autonómica, a punto de disputarse no peche desta edición. Non é o único éxito deportivo

recente das escolas de judo de Cerceda, posto que dous alumnos e unha alumna aprobaron recentemente o exame de oficial de organización deste deporte, a primeira titulación de arbitraxe á que poden acceder. Son Fabio Ferreira Bestilleiro, Laura García Leiro e Daniel González Eirís.

Sae á venda ‘Instinto Raña’, a biografía do triatleta ordense prologada por Indurain Xa está a venda o libro ‘Instinto Raña’, unha biografía do triatleta ordense Iván Raña elaborada polo xornalista Xavier Ensenyat. O prólogo é do navarro Miguel Indurain, pentacampeón do Tour de Francia, polo que Raña ten gran consideración. O de Ordes explicou na presentación do libro en Barcelona que o obxectivo era “transmitir como é e como se move un deportista de portas adentro”, divulgando o seu traballo ante a afección. O libro repasa os primeiros pasos de Raña no tríatlon, anécdotas e reflexións persoais. Estruturado en capítulos, de lectura moi amena, é unha excelente ocasión para coñecer mellor a quen é probablemente a maior figura deportiva que deu a comarca. Xavier Ensenyat, o autor, explicou que non pretenderon crear unha biografía ortodoxa, xa que Raña tampouco é “un atleta convencional”, senón recoller a súa personalidade, con testemuños seus e de parentes e amizades.


38

Crónicas - Abril 2017

OPINIÓN

Enhorabuena al CIM de la Mancomunidad de Ordes Por María Esther Couto Rivas Al fin se ensancharon las aceras en la avenida Alfonso Senra, que sensación más agradable poder pasar por delante de la casa de Teresa Álvarez sin tener que bajar a la carretera. Esta sensación, a l@s que dejamos hace años los carritos de bebé, nos traslada a esa época en que, no diríamos miedo, pero si mucha intranquilidad nos producía tener que bajar con los carritos a esa carretera general, tan concurrida de vehículos a cualquier hora del día. Recuerdan ustedes aquel Alcalde de nombre Teodosio y de apellido Martino que reiteradamente nos decía que esa obra no era posible. Saben ustedes que quien escribe estas letras, politicamente está pública y socialmente definida pero eso no impide, y esto debe ser democracia, reconocer el buen hacer municipal. Tras leer estas líneas el Sr. Alcalde, sus Concejales y acólitos estarán sonriendo, pero lo justo es justo, y siguiendo con esta frase no podemos llegar a la conclusión de que estas aceras van a volver a dar la victoria en las urnas al PP, ahora bien, señores de la oposición, recuerden el asfaltado de las “eiras”, espabilen, pues el cemento tiene mucho poder en esta sociedad, es una pena pero es una

Moitas veces póñome a cavilar se todo o que se está a regular nos últimos anos para defender e valorar o papel da muller na sociedade nos está axudando ou prexudicando. Ás veces parece que só se regula pensando nos funcionarios, pero España é moito máis ca iso: a meirande parte do tecido empresarial xira arredor da pequena e mediana empresa, e os autónomos teñen un papel fundamental na nosa sociedade. Na empresa privada, unha das cousas máis importantes son os custos, sobre todo os fixos, posto que cada vez as marxes son máis pequenas e ó empresario tócalle intentar cada día reducir gastos para poder conseguir un mínimo de beneficios que fagan rendible a empresa. Por iso gustaríame reflexionar sobre o feito de contratar mulleres dende o punto de vista do empresario ou autónomo que cada día ten que loitar polo traballo e a supervivencia da súa empresa. Na actualidade, a meirande parte dos traballos son equiparables a ambos sexos. Os avances tecnolóxicos e os cambios sociais e culturais xurdidos nos últimos tempos fan que traballos que antes ían marcados só a un determinado tipo de persoa, poidan ser desenvolvidos agora tanto por un home como por unha muller. Cando un empresario necesita persoal, valora una serie de cousas que lle poden acontecer ós seus futuros empregados, e que repercuten non só nos custos senón no funcionamento diario da empresa. Unha cousa que o fai dubidar

realidad que se valoran estas cosas y en cambio aquellas actuaciones que tratan de mejorar la vida de las personas dentro de la esfera privada, con acciones encaminadas principalmente a los entornos familiares, a las mujeres, a los niños y a personas dependientes, no sean valoradas. Por eso quiero dar mi ENHORABUENA al CIM de la Mancomunidad de Ordes, recuerden que este CIM hace pocos años que lleva este nombre, pues durante muchos años funcionó como CIM DE ORDES. El 28 de marzo pasado se concedió el primer premio Coopera Galicia a Entidades Locales 2016 y se concedió al CIM de la Mancomunidad de Ordes por su servicio Conecta CIM. La iniciativa apuesta por el uso de nuevas herramientas de comunicación para facilitar el acceso no presencial a las usuarias del Centro. A través de la plataforma informática se pueden solicitar citas, establecer conversaciones, ocultar la propia plataforma en el dispositivo y usarla en zonas sin cobertura o datos, sobretodo en el medio rural. Este proyecto nació como una respuesta más al gran volumen de trabajo de este CIM, que durante el pasado año 2016 atendió a 398 personas, realizándose 1651 consul-

tas: 510 relacionadas con asesoramiento jurídico, 446 con información de recursos, 263 con atención psicológica y 208 con víctimas de violencia de género. El premio tiene una dotación económica de 40.000 euros. Y una vez más Alfonso Rueda públicamente reconoció la labor del CIM de la mancomunidad de Ordes, refiriéndose a él como uno de los mejores de Galicia y tras esta labor, callada, silenciosa y profesional, están cuatro personas: una directora, una asesora jurídica, una psicóloga y una agente de igualdad. Una labor silenciosa pues así lo requiere la delicadeza de los asuntos a tratar. Desde su nacimiento, la discreción y la profesionalidad ha sido el sello de actuación de estas personas lo que les ha permitido ganarse la confianza de l@s usuari@s, uno de los principales obstáculos que hay que vencer para poder trabajar con ellas, y lo han conseguido. Desde el respeto a esta labor silenciosa deberíamos dar un reconocimiento social e incluso político, y no piensen que estoy tirando dardos contra el PP actual, no, estoy dirigiéndome a todos los anteriores gobiernos que actuaron en este Munici-

Igualdade e conciliación Por Estrella Vázquez Varela moito é o que poida suceder cando contrata a unha muller que pode quedar embarazada, posto que nese intre xa empezan os problemas. Aínda que non supoña ningún custo engadido para a empresa o meter outra persoa no sitio cando esta muller teña que coller a baixa de maternidade, si que lle supón un problema ó empresario, porque a esa nova empregada teñen que formala, cando a traballadora que tiña en nómina xa o estaba, polo que vai causar un atraso no traballo e perder horas en formación que o empresario lle ten que retribuír. Ó remate dos catro meses da baixa por maternidade, aparece o seguinte problema: a traballadora quere unha redución de xornada para atender o seu fillo, a cal pode estenderse durante máis dun ano. Na maioría dos casos, case todo o mundo quere facer xornada continua e reducida, o que supón que, se o empresario está de acordo, sabe que non vai ter o traballo ó día, porque con menos horas, tamén é menos traballo feito. Isto, se fose un tempo curto, en moitas empresas seguro que se arranxaba, pero cando xa falamos de meses ou anos, xa non é tan doado. Moitas veces a empresa vai xusta e non pode pensar en poñer outra persoa de reforzo, porque entón o mellor xa non é viable o negocio. Logo, que pode facer o empresario? Moi-

tos, para evitar estes problemas, xa non contratan mulleres, ou se o fan, só con contratos de interinidade para que se lles xorde este problema de seguida as poidan despedir. Os tempos, por sorte, mudaron moito. Eu recordo que, cando naceron os meus fillos, só tiña un momento para estar e gozar con eles ó mediodía e logo á noite, e a baixa de maternidade era só dun mes. Agora moitos queren traballos a carta que lles deixen tempo libre para pasalo cos seus fillos, pero para isto temos que cambiar as formas de traballo, as cales moitas veces non coinciden coas esixencias que nos marca o empresario e novamente xorden problemas que fan que á hora de elixir o persoal tamén se decanten polos homes en detrimento das mulleres. Cantas veces escoitamos dicir as mamás: ”É que eu quero ver medrar o meu fillo”. Acaso nós non os vimos medrar? Non estivemos con eles cando tiñan febre, ou un arrefriado? Non vimos os seus primeiros pasos ou non escoitamos as súas primeiras palabras? Non lle vimos saír o seus primeiros dentes? O amor de nai vai con cada unha de nós agora e sempre. Pero moitas veces tamén nos deberíamos de por no sitio do empresario e entón seguro que chegariamos a un punto de equilibrio para ambos. Porque

pio y Mancomunidad desde el nacimiento del CIM . Hablo del CIM de Ordes por conocimiento tras muchos años de contacto con él y con sus trabajadoras y, como exconcejal de Asuntos Sociales, de breve recorrido. Es justo reconocer esta labor y públicamente intentar levantar, aunque solo sea un poquito, la venda a esta ceguera y escribir para resaltar buenas actuaciones en las administraciones públicas, porque las hay, no todo es negligencia y corrupción. Nuevamente enhorabuena, sois un claro ejemplo de como con voluntad, implicación y ganas se puede trabajar en los ámbitos más escondidos de los focos, buscando simplemente el esbozo de una sonrisa en esos rostros de tristeza labrada por años de sufrimiento callado, o conseguir abrir la puerta de es@s hij@s para poder sacar todo el dolor que tienen. Todas estas palabras son extensibles a l@s demás trabajad@s de la Mancomunidad, algún día la sociedad de la mancomunidad de Ordes manifestara lo orgullosa que se siente por vuestra labor. Gracias.

os dereitos están moi ben, pero os deberes tampouco os deberiamos de esquecer. Seguro que así nos iría mellor. Todas estas circunstancias que eu estou analizando son danos colaterais que supoñen un elevado incremento dos gastos fixos nas empresas, e iso o final é o que vai mirar o empresario á hora de buscar o seu propio persoal. No ámbito laboral, excepto nos empregos públicos, todo xira arredor de baixar custos e aumentar ingresos para que no cómputo final se aprecien beneficios. E todos sabemos que os custos de persoal hoxe en día son unha parte fundamental en todo isto. Nos últimos anos todo o mundo fala da conciliación laboral, pero para quen? Que pequeno empresario pode aguantar o custo que todo isto supón? E moi fácil lexislar, pero logo esas leis teñen que aplicarse de xeito que a ningunha das partes lles supoña un custo económico ou de organización, e na meirande parte dos casos non é así. Por iso, eu pediríalle ós sindicatos e a todas esas organizacións que traballan por defender os dereitos da muller que non só se centren nos nosos dereitos, senón que se poñan nos dous lados da balanza e busquen ese equilibrio para que a un empresario lle custe o mesmo empregar un home ou unha muller, tanto no momento da contratación como en calquera circunstancia extraordinaria que poida acontecer ó longo do seu traxecto laboral. Só así empezaremos a ver o equilibrio no mercado laboral e as mulleres teremos as mesmas posibilidades ca os homes.


Crónicas - Abril 2017

39

OPINIÓN

O canto ceive das cerretas Por Carlos Calvo Varela Muito gostava José María Castroviejo de caçar polo nosso Lengüelhe, rio hoje ameaçado pola poluiçom do vertedoiro da Areosa. Destas suas expediçons cinegéticas pola nossa comarca dá boa conta num livro delicioso, Viaje por los montes y chimeneas de Galicia. Caza y cocina gallega, escrito a duas maos com o seu amigo Álvaro Cunqueiro. Cita sobretudo a Branha de Berreo, onde ia em setembro às perdizes aproveitando para falar com os paisanos: “Los rapaces que cuidan allí del ganado, enterrado hasta los corvejones en el lodo nutricio, me aseguran haber encontrado bastantes nidos de becacinas, que en aquella comarca denominan curiosamente cerretas”. A riqueza faunística do lugar era tal que “con temporales y fríos intensos, llegan los grises gansos silvestres (anser anser) a la braña de Berreo, que vigilan atentas las garzas reales (…)”. Para a pena reproduzir em extenso o relato de Casatroviejo dumha das suas jornadas de caça, pois é umha das mais belas descriçons que se tenhem feito da nossa comarca: “En la madrugada de enero, el Lengüelle, aterido, busca con ansia la desembocadura en el padre Tambre, esperando con la coyuntura del mayor caudal, calentarse, como entre las ancas de un potro. Pero también el Tambre tiene frío, y su anda, bruñida como zinc en el yerto reflejo de la madrugada, copia tan sólo una negra calcomanía de robles desconsolados, que extienden, casi sin hojas, sus brazos en muda imploración. La braña es, en la amanecida, un frío humear de aguas sin misericordia, sobre las que se quiebra un tenue viento agoniado, que quiebra, a sua

vez, los juncos bajo un cielo indeciso de papel secante. Recuerda el verso infinito del polaco y triste Constantin Balmont: ¿De noche, en la laguna de aguas muertas, qué pasa? ¿Qué murmuran las cañas, bajo la luna fría…? Sentimos, casi táctilmente, al “Perro de Baskerville”, a sollozos que nos llegan del Este y a las ocas silvestres, en lejano vuelo desde la putsza húngara. Es el verso: Voices of wild goese Over the sea – over my heart A sudden peace. Pero ya la garza real, que supo de todos los homenajes en los castillos de la Edad Media, tras el mazarico desvelado y la doliente ave fría, ha abierto majestuosamente, con las primeras luces de la aurora, la contenida vida de la braña. Se desliza el rascón, desconcierto entre altas hierbas de la mejor nariz de los perros, vuelan aún entumecidas las becacinas, chapotean las gallinetas y pollas de agua… Un soplo de fuerte vida comienza a animar la tristeza de las aguas inciertas. Una esperanza aletea sobre el verde estancado de los remansos. El río Tambre se despierta y se decide a calentar, a la amplia curva de sus ancas, al aterido Lengüelle. Asoma tímidamente el sol, todavía enfundado en su chaleco de lana y se levantan, esmaltados de rocío y condecorados de hielo, los primeros patos reales. Oh, Fortunatus, nimium, sua si bona norint “Palustres”… Y que Virgilio nos perdone”. Quem sabe se com a imaginaçom inflamada por estas letras, o caso é que em 1979 a sociedade privada

Os paxariños da Alameda Perde o vello caravel os seus pétalos de indecisión. Preso dos seus vehementes e cheirentos aires de transcendencia, non reparou na súa natureza caduca, sen remedio caduca. Por non reparar, non reparou en todos os danos que causou por resistir artificialmente o vento, o devir, o porvir. Impediu e impide que agromen novas tandas de flores, ata o punto de facer secar a planta e mesmo contaminar a súa xenética. Dito pola cegoña.

“La Venatoria”, apoiada polo poder, pretendeu criar umha “Zona de Caça Controlada”, um enorme coto para os novos senhores feudais, que abrangia terrenos dos concelhos do Vale do Dubra, Oroso, Traço, O Pino e Santiago de Compostela, expropriados aos seus legítimos proprietários, na maioria pequenos labregos. Mas o povo resistiu. A história resgatou-na do esquecimento Manuel Pazos, e compre tê-la bem presente neste tempo de megaminaria, empobrecimento das classes trabalhadoras, agressons á Terra e depredaçom capitalista sem precedentes. No 11 de novembro de 1979 entre quinhentos e mil paisanos chantárom-se diante do quartel da Guarda Civil de Sigüeiro, exigindo a devoluçom das suas espingardas – que foram confiscadas- e rejeitando a privatizaçom das suas terras: as cerretas que admirara Castroviejo nom iam ser trofeio de caça de nengum senhorito; a beleza da garça, o ganso e charrela som do povo. Em pé, decidírom cortar a estrada geral à altura da Ponte Sigüeiro. Ao pouco tempo ao efetivos policiais, chegados de todoterreno e mesmo de autocarros, rodeavam os caçadores camponeses, dando-lhe três minutos para que se renderam. Passou um minuto, passárom dous e passárom três, e ali ninguém achantou. Porque aqui, aqui há um povo digno. As forças de choque franquistas, convertidas em “democráticas” por arte de magia, despregárom toda a sua panoplia de métodos igualmente democráticos para dispersarem os manifestantes: porraços, botes de fumo lacrimógeno, bolas de borracha, traumatismo craneoencefálicos… A caçada continuou

Para Xanma dentro dos bares em que se refugiárom os manifestantes, no Veiga, o Viuda de Nouche e outros. A polícia entrava e malhava em todo o que encontrava por diante. Mas o povo venceu: “foi umha guerra que ganhamos porque aguantamos os paus”, diria um vizinho. “La Venatoria”, com o apoio das Câmaras Agrárias e o Concelho de Oroso tivo que recuar e renunciar ao seu projeto de caça para ricos, à sua enclosure do século XX. A capacidade de resistência dos de Ponte Sigüeiro abraiou a sociedade da época. A revista Interviú intitulava a sua reportagem sobre os factos com um contundente “Sigüeiro, la Rentería gallega”, em alusom à combativa localidade guipuscoana. Nem ICONA nem “La Venatoria” cercárom o canto ceive das cerretas. Porque aqui, aqui há um povo digno. Para saber mais: Castroviejo, José María & Álvaro Cunqueiro, Viaje por los montes y chimeneas de Galicia. Caza y cocina gallegas, Madrid, EspasaCalpe, Colección Austral, 1962. Pazos Gómez, Manuel, “Sigüeiro, palos al pueblo”, [http://www. manuelpazos.info]

Quen queira achegar máis información, datos ou recordos sobre estes temas pode escribir ao autor ao seguinte enderezo: Carlos Calvo Varela CP de Villabona 33422 Llanera Asturias

Sección de chíos, murmuracións e faladorías pilladas polo aire, unhas máis certas que outras

E a cicónica non se trabuca neste tipo de observacións, que para iso é especialista en voos elevados e a distancia e en aproximacións discretas pero penetrantes co pico. Así que ben certo será que a planta xa non vai soportar nin que se lle pouse un colibrí. Só vai ser de utilidade para voitres e corvos, que poden decidirse por fin a morar no arrecendente terreo por unha tempada ata que no quede nada. Xa se sabe, terra queimada.

Hai estorniños que cavilan que no mal pode estar a solución. É sabido que a planta ten facilidade para clonarse e que prende bastante ben, así que o máis axeitado, dada a lóxica dos acontecementos, sería que as aves alleas destrocen todo o exemplar actual. Despois sería máis doado reconstruír o xardín. No que non se fixan é que esas gadoupas están infestadas de aroma de caravel, do mesmo caravel. Así que vai facer falta algo máis...

Hai apostas cruzadas entre as gaivotas ‘cool’ e as gaivotas bizarras sobre se o primeiroedil que tanto trata de parecerse a outra ave terá o atrevemento de dar todos os seus pasos, pedra a pedra todo o camiño. Razóns tería, pero valor non, para iso ten diminutivo. Unha cousa é (foto) copiarlle folletos a esgalla para tratar de parecer o que non se é (fusiladísimos, ademais, e sen vergonza ningunha) e outra é faltar á obediencia debida. Un cagón, vaia.


Cr贸nicas

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Cr贸nicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Tameiga. Peche de edici贸n: 21-04-2017. Dep贸sito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.