Crónicas
leisynegocios@leisynegocios.com
Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 42 - Xuño de 2017
981 10 40 10
A crise política de Ordes retrasa a aprobación dos orzamentos Ou moción de censura ou orzamentos. É o dilema que recae sobre a corporación de Ordes despois de que o goberno non obtivese apoios
para as contas de 2017. Non se aprobaron nin na votación inicial nin coa cuestión de confianza proposta polo goberno. Así as cousas, estes
días corre o prazo dun mes para que a oposición presente unha candidatura alternativa á Alcaldía. De non facelo, que semella o máis
probable, o orzamento terá luz verde automática. O executivo critica a obstrucción e a oposición a incapacidade Páx. 2 para negociar.
ORDES
A fosa séptica de Vilamaior non ten permiso para verter Páx. 9
MESÍA
Entregan os títulos dunha das parcelarias máis lentas Intentarán de novo o Guinness gaiteiro a finais do verán Páx. 17
ORDES
Emprazan ao ADIF a adecentar a estación de Fosado Páx. 6
27 anos agardando en Leira Páx. 4
COMARCA
Pazos e Barton triunfan coa guía do Camiño Inglés Páx. 14
TORDOIA
En agosto rematarán unha nova senda peonil en Andoio
Páx. 11
OROSO
Mirás reorganiza o goberno, con Urbanismo para Leira
Páx. 8
COMARCA
Só Trazo excede o prazo para pagar as facturas Páx. 8
2
Crónicas - Xuño 2017
ACTUALIDADE ORDES Aprobaranse de xeito automático se a oposición non presenta unha censura
O fracaso da cuestión de confianza retrasa un mes máis os orzamentos O Concello de Ordes terá que agardar ata mediados de xullo para poder aprobar os seus orzamentos deste ano. No primeiro intento de aprobalos no pleno, a principios de xuño, o goberno do PP, con cinco concelleiros de dezasete, atopouse co rexeitamento da UxO, do BNG, dos non adscritos e do PSOE. O resultado da votación repetiuse uns días despois, o 15 de xuño, cando o goberno vinculou a aprobación das contas a unha cuestión de confianza. Ao perdela, agora a iniciativa corresponde á oposición, á que lle contan os trinta días de prazo para presentar unha moción de censura -con candidatura á Alcaldía incluída- contra o PP. Se non o fan, que semella o máis probable, os orzamentos quedan aprobados de xeito automático. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, xustificou a utilización deste mecanismo legal, do que tamén botaron man os seus homólogos da Coruña ou Lalín, en que non podían “continuar un ano máis coa prórroga dos orzamentos que se leva dando desde 2015, o que impediría cumprir cos compromisos adquiridos coa veciñanza e os derivados do programa electoral que presentamos”, dixo. TENSIÓN O debate da cuestión de confianza gañou tensión ao referirse o rexedor aos concelleiros non adscritos, antes no PP, como “tránsfugas”. Martínez Sanjurjo reprochou que se faga polí-
O goberno, con cinco concelleiros de dezasete, ten unha marxe de manobra limitada
tica “situando os intereses dos ordenses por detrás dos persoais”. Beatriz Martínez, concelleira non adscrita, mostrou arrepentimento por ter confiado no seu día no actual rexedor e acusouno de consentir irregularidades en determinadas obras, unha das razóns que, segundo ela, tería motivado o seu abandono do goberno. A concelleira tamén acusou a Ana Soneira, tenente de alcalde, de “entregar en man un donativo para lavar a imaxe do goberno” aos afectados polo proxecto de vertedoiro en Lesta. A este respecto, a asociación de afectados emitiu un comunicado no que nega ter recibido contía algunha do goberno e sinala que só recibiron cartos de xente da comarca “que a tí-
tulo individual ou colectivo os doa co único fin de loitar contra a implantación do vertedoiro”. EMENDAS NO AIRE Desde a UxO, a súa portavoz, Silvia Marín, incidiu na que considera falta de capacidade para dialogar e negociar por parte do alcalde. Como mostra, a formación de Manuel Regos sinala que o rexedor impedise votar as súas emendas no pleno dos orzamentos. O goberno di que se ampara nun informe dos técnicos municipais, pero UxO apreza que se aplicou “de forma ilegal un artigo do regulamento orgánico do Concello que fai referencia ao debate de mocións, non ao debate dun proxecto de orzamentos”. As emendas dos independentes
supoñían “un recorte de gastos innecesarios por importe de 618.000 euros”. O PP replicou que a proposta de UxO “poría en risco servizos esenciaisi para o día a día da cidadanía ordense”, facendo inviables o guindastre, o asesoramento urbanístico, o mantemento da rede eléctrica ou a conservación de parques e xardíns, ademais de diversas iniciatias de cultura, deporte e educación. “INCUMPRIMENTOS” Polo BNG, o seu voceiro, Pablo Vidal, motivou a negativa aos orzamentos e á cuestión de confianza nos “incumprimentos” do alcalde. Citou como exemplos non efectuar unha auditoría das contas do Concello, pagar máis de 109.000 euros en facturas “sen xustificar”, a suba dos impostos fronte á promesa electoral do 10% de rebaixa ou “a práctica ausencia de concursos públicos fronte ao abuso das contratacións a dedo”, asegurou. O concelleiro do PSOE, Alejandro Manteiga, tamén votou en contra porque os orzamentos “non recollen de forma específica as nosas emendas”. Acusou ao PP de “recortar en servizos sociais e deportes” e criticou que, segundo el, “máis do 12% dos orzamentos non recollen especificamente a que se van destinar”. O goberno destaca que o orzamento, que suma 9,1 millóns de euros, superan o 20% en investimentos, ademais de apostar por manter os servizos, prestar unha atención especial aos colectivos máis desfavorecidos, reducir a débeda e efectuar un gasto máis eficiente. Entre os investimentos máis voluminosos, destacan o novo centro sociocomunitario (achega municipal de 148.000 euros e financiación da Xunta ata os 600.000), melloras nas instalacións deportivas e investimentos na rede viaria.
Crónicas - Xuño 2017
3
PUBLICIDADE
Crónicas - Xuño 2017
4
ACTUALIDADE TRAZO
ORDES Entregados os títulos de propiedade das 2.058 parcelas resultantes
Aproban as bases e a ordenación de predios de vocación agraria en Santa María de Trazo
A concentración parcelaria de Leira remata despois de 27 anos de proceso
A concentración parcelaria da parroquia de Santa María de Trazo recibiu luz verde para as súas bases e para o seu Plan de Ordenación de Predios de Especial Vocación Agraria. Son pasos determinantes para que o proceso poida avanzar, unha vez que se recibiron todos os estudos favorables. O proxecto de concentración afectará a unha superficie de case 617 hectáreas de terreo, nunha zona dividida en dúas áreas separadas por unha elevación que atravesa a liña nordeste-suroeste. Segundo a Xunta, hai dous núcleos de poboación principais e o espazo restante confórmano áreas de aproveitamento agrícola de clara orientación forraxeira. Constata tamén usos forestais con plantacións de piñeiro e eucalipto, praderías e vexetación autóctona sobre todo en ribeiras. A decisión tomouse na primeira reunión executiva do Comité Técnico Asesor de Reestruturación Agraria.
Os 908 propietarios e propietarias de terreos na concentración parcelaria de Leira (Ordes) recibiron por fin os títulos que os acreditan como posuídores das fincas resultantes do proceso. Pasaron 27 anos desde o inicio dos trámites, un tempo tan dilatado que supón moitas oportunidades de desenvolvemento perdidas. “Non se pode repetir” unha tramitación tan longa, tal como recoñeceu a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, na entrega dos títulos. Admitiu que foi un prazo “excesivo” e prometeu intentar “corrixir” este tipo de situacións. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, sinalou as parcelarias como “imprescindibles” para o progreso das zonas rurais. En todo caso, a zona concentrada, de 1.469 hectáreas de extensión, pasa das 7.786 ás 2.058 parcelas. Isto significa que a superficie media queda agora en 6.921 metros cadrados e o número de parcelas por propietario rebáixase desde as 11,07 ata as 2,71 coa concentración, de media. A iniciativa precisou investir case
ORDES
O BNG advirte de que proporá reprobar a García se non ofrece o informe sobre o estado do ensino O BNG de Ordes anunciou que proporá a reprobación da concelleira de Educación, Susana García, se non lles achega o informe sobre o estado do ensino no municipio, que debe aprobar o Consello Escolar Municipal, de acordo co regulamento deste organismo, presidido pola propia García. Os nacionalistas lanzaron un ultimátum ata o pleno ordinario do vindeiro mes de xullo. Será para entón cando fagan a proposta de reprobación se antes non dispoñen do documento que demandan. A petición non é nova e o propio Bloque recoñece que levan solicitado o informe “en reiteradas ocasións” desde o comezo deste mandato fai dous anos. A última foi na sesión ordinaria de finais de maio, cando anticiparon que se o goberno non ofrece resposta procederán a pedir a reprobación de quen, ademais da concelleira de Educación e presidenta do Consello Escolar Municipal, é voceira do grupo municipal do PP.
A conselleira e o alcalde entregaron os títulos de propiedade das novas leiras
2,5 millóns de euros. A maior parte, case 1,9 millóns, destináronse á execución das obras da rede de pistas e ao acondicionamento das leiras. En conxunto, a intervención suma uns 32 quilómetros de viais. ZONAS PENDENTES No municipio, queda pendente iniciar a concentración nas parro-
ORDES
ORDES
A chegada de expedientes do Catastro obriga a abrir un servizo temporal de consultas Numerosas persoas propietarias de inmobles recibiron nas últimas semanas comunicacións do Catastro, dependente do Ministerio de Hacienda, co emprazamento para regularizar propiedades. O organismo cobra 60 euros como taxa polo expediente e aplica impostos aos bens afectados de xeito retroactivo. Aínda que algúns dos receptores das cartas chegaron a pensar que podería ser unha fraude, o certo é que son notificacións reais, dentro dun amplo proceso que paulatinamente Hacienda aplica en toda España. A preocupación xerada fixo que o BNG solicitase que o Concello ofrecese persoal técnico para que as persoas interesadas puidesen presentar alegacións. Os nacionalistas estiman que se están tramitando uns dous mil expedientes.
quias de Ordes e de Poulo. Nesta última podería ser decretada a finais de 2017 ou comezos de 2018, segundo anuncia a Xunta. E á espera de que se resolvan os recursos e se entreguen os títulos están as zonas de Beán-Pereira II, San Paio de Buscás II, Mercurín-Lesta II, Santa Cruz de Montaos II, Santa Mariña de Parada II e Vilamaior-Barbeiros II.
Ás poucas horas, quizais sen relación coa petición do Bloque, o Concello confirmaba a apertura dun servizo de consultas, a cargo dunha empresa. Atende ata o 30 de xuño nos baixos da Alameda, de 9 a 14 horas. CONSELLOS O principal consello que se debe seguir é verificar os datos do expediente, por se fose pertinente presentar unha alegación. A consulta pode efectuarse na páxina web do Catastro. Introducindo os datos e o código seguro de verificación (CSV) que inclúe cada carta, pódese obter e descargar a proposta de regularización que formula o Catastro. É clave comprobar o estado anterior e actual da propiedade afectada, por se houbese algún tipo de erro que dea pé a alegar, mellor documentando o erro.
Solicitarán que Fomento habilite unha senda peonil na N-550 desde O Canedo ata o Mesón O Concello de Ordes solicitará que se cree unha senda peonil entre O Canedo, preto do límite do municipio con Carral, e o Mesón do Vento. A medida, proposta polo concelleiro do PSOE, Alejandro Manteiga, ten o apoio das demais forzas políticas municipais. A senda, segundo o acordo final do pleno, discorrería pola marxe dereita da N-550, por ser a zona con maior cantidade de vivendas. A pretensión é facilitar un acceso seguro desde a zona do Canedo ata o ámbito onde se constrúe un tanatorio no Mesón do Vento. Os socialistas xustifican a proposta en que cando abra a instalación funeraria aumentará o número de persoas que transiten a pé pola zona, que dispón de moi pouco espazo nas beiravías a pesar do elevado tráfico rodado da estrada. A senda peonil permitiría reducir os perigos para os viandantes nun tramo con risco de atropelo evidente no que xa se teñen producido diversos accidentes mortais.
Crónicas - Xuño 2017
5
PUBLICIDADE máis información en www.ceramicaverea.com
Verea, primeiro fabricante español que ofrece 50 anos de garantía en todas as súas tellas
e
años
Ver
ty
re
a
a
Ve
50
n
Gar
tía
a
O fabricante de tellas Verea (Mesía, A Coruña) ampliou de 35 a 50 anos a garantía de exención de defectos nos seus produtos de tella cerámica, o que o sitúa como o primeiro fabricante español que ofrece unha cobertura tan ampla para todos os seus produtos cerámicos. O incremento da duración da garantía para as tellas de Verea é o resultado das inversións realizadas na fábrica dende 2003, a investigación desenvolvida no Departamento de Calidade e Innovación da empresa e a experiencia acumulada polo comportamento dos produtos Verea no mercado.
Warran
Verea, tellas que superan 500 ciclos de xeo-desxeo
T
90-150
A L A HE L A
FROS T
30 - 90
nivel 1
+ de 150
E
DA
nivel 3
nivel 2
SISTEN RE T
Verea
+ de 500
ISTEN
[1]
Esto permite que todas as tellas Verea estén clasificadas co nivel 1 de resistencia as xeadas, segundo a normativa europea que esixe superar máis de 150 ciclos de xeladicidade. Con todo, as tellas Verea superaron os 500 ciclos nos ensaios realizados en laboratorios independentes certificados por AENOR.
S RE
Verea acadou a maior durabilidade do mercado grazas á selección coidadosa das arxilas que emprega na elaboración das tellas, procedentes de canteiras propias, e un rigoroso sistema de produción.
Verea System, único sistema de instalación de tellados homologado Para obter a garantía de 50 anos, os produtos deben ser instalados dacordo cos requisitos establecidos no Verea System, único sistema de instalación de tellados homologado en España e desenvolvido por Verea segundo os documentos de Idoneidade Técnica.
A garantía supón que Verea faise responsable da retirada das tellas defectuosas e o suministro e instalación das tellas de reemplazo. Para obter máis información da garantía os interesados poden consultar: www.ceramicaverea.com. Real Monasterio de Santa María del Paular, Madrid
-2
anive
-2 1967
o
1967
años
io
i ar
50 rs
17
0
anive
ar
rs
Verea ten capacidade para fabricar 50 millóns de tellas anualmente. A compañía, con 50 anos de experiencia, conta cun equipo de 45 traballadores. Na actualidade exporta o 50% da súa produción a máis de 25 países de catro continentes.
17
0
Verea, máis de 50 anos de experiencia
CERÁMICA VEREA, S.A. Lanzá s/n, 15685 Mesía A Coruña, España Telf: 981 687 953 / Fax: 981 687 071 Email: ventas@ceramicaverea.com www.ceramicaverea.com
6
Crónicas - Xuño 2017
ACTUALIDADE MESÍA
COMARCA O novo acordo entre os Concellos prolonga o proxecto ata Cerceda
Cerámica Verea recibe unha distinción pola redución das súas emisións de CO2
O Concello de Santiago logra a cesión dos terreos para a futura Vía Verde
A empresa Cerámica Verea recibiu o selo ‘Calculo y reduzco’, que outorga o Ministerio de Agricultura, Pesca, Alimentación e Medio Ambiente. Recoñécese así o esforzo da compañía de Mesía para reducir as súas emisións de CO2 á atmosfera, principais causantes do cambio climático. Esta industria reduciu as súas emisións nun 3,78%. O selo concédese a compañías que acumulen un mínimo de catro anos seguidos de redución de CO2. En toda España só se entregaron 39, e unicamente nove a industrias de transformación como Verea. A cerámica comezou a medir as súas emisións por tonelada de tella producida en 2012. Nos últimos anos, investiu máis de 150.000 euros nun plan para rebaixar as emisións dos seus fornos e secadeiros, consumir só enerxía eléctrica de fontes renovables, instalar lámpadas LED e outros equipamentos de eficiencia enerxética.
O goberno do Concello de Santiago logrou un avance moi decisivo para que a Vía Verde desde a capital galega ata Cerceda sexa unha realidade. Trátase do acordo co ADIF, o ente encargado das infraestruturas ferroviarias, para a cesión dos terreos da antiga vía férrea. Ata agora, pese a que o proxecto leva máis dunha década en moitas bocas, non se acadara. A novidade coñeceuse na sinatura dun novo protocolo para desenvolver a Vía Verde entre os alcaldes de Santiago, Oroso, Ordes, Tordoia e Cerceda. O convenio sustitúe o que se rubricara en 2008, posto que coa incorporación efectiva de Tordoia e de Cerceda a Vía Verde pasará dos 24 quilómetros previstos nun principio a case 37. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, explica que, unha vez desbloqueado o acordo co ADIF, agora só falta que o ente asine o convenio de aceptación das condicións. Noriega anticipou que tamén están avanzadas as conversas coa Deputa-
OROSO
ORDES Achacan ao “abandono e falta de mantemento” o mal estado das instalacións
Reparan o parque infantil do Carboeiro e instalan máis xogos
Emprazan ao ADIF a adecentar a estación ferroviaria de Fosado
Instalación do novo pavimento
O parque infantil situado preto do rego Carboeiro, en Sigüeiro (Oroso), estivo en obras a mediados deste mes de xuño. O Concello gastou uns 15.000 euros para cambiar o pavimento nas áreas de varios xogos, que tiña uns catro anos e xa estaba deteriorado. O novo é de caucho e o goberno municipal agarda que sexa máis duradeiro, limpo e seguro. A intervención serviu tamén para instalar dous novos xogos infantís e para efectuar tarefas de reparación e mantemento dos xa existentes, todos eles indicados para nenos e nenas de tres a dez anos de idade.
O mal estado que presentan nos últimos meses as instalacións da estación de tren de Fosado, en Montaos (Ordes), levou á corporación a solicitarlle ao Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) que interveña para garantir a súa seguridade e salubridade. Foi a raíz dunha proposta do BNG, aprobada por unanimidade, na que se califica de “deplorable” o estado da estación e se culpa ao “notable abandono” e a “falta de mantemento” por parte do ADIF. O documento presentado polos nacionalistas explica que as paredes do paso subterráneo que comunica os andéns presentan considerables humidades. Ademais, as paredes das escaleiras xa presentan desconchóns, o paso ten problemas de iluminación por non renovar as luces fundidas, algúns soportes teñen oxidacións, hai cristais rotos e nas papeleiras acumúlase o lixo sen que ninguén o retire. A moción considera que tal abandono ocasiona “situacións de perigo e inseguridade nos cidadáns que
Sinatura do novo acordo entre os Concellos polos que pasará a futura Vía Verde
ción, que “vai financiar boa parte da actuación”. Así mesmo, xa lle trasladaron o novo proxecto á Fundación dos Amigos do Ferrocarril de España, que xestiona a rede de Vías Verdes. A promoción e mantemento sería responsabilidade dos Concellos. Manuel Mirás, alcalde de Oroso, considera que o novo protocolo é “un enorme paso”, pero sobre todo destacou o acordo logrado por San-
tiago por primeira vez para que o ADIF ceda os terreos. O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, concordou nos beneficios do aproveitamento lúdico e turístico do antigo trazado ferroviario para a comarca. Agarda que se remate canto antes: “se os prazos máis optimistas se fixesen realidade co inicio dos traballos en 2018, podería realizarse a inauguración en 2019”.
Desperfectos no paso inferior da estación, situada a uns oito quilómetros de Ordes
acoden ata Fosado para facer uso do transporte ferroviario”, polo que se lle pide ao ente responsable da estación que a manteña “en condicións de seguridade e salubridade axeitadas”. USO ESTUDANTIL A situación da estación ordense,
a uns oito quilómetros do centro da vila, non favorece o seu uso diario. Non obstante, si é utilizada sobre todo por estudantes que acoden a Vigo, Pontevedra, A Coruña ou Ourense, e tamén por persoas que traballan nesas cidades. O máis frecuente é que cheguen o venres e marchen o domingo pola tarde.
Crónicas - Xuño 2017
7
PUBLICIDADE
8
Crónicas - Xuño 2017
ACTUALIDADE MESÍA
OROSO O alcalde reasigna varias competencias delegadas entre os concelleiros
Medio Rural anuncia un primeiro informe desfavorable para o proxecto de Erimsa
Mirás abandona a área municipal de Urbanismo e encoméndalla a Leira
A Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias vai emitir un informe desfavorable para a petición da empresa Erimsa dun proxecto de extracción de cuarzo en Xanceda (Mesía). O sentido do informe adiantouno o director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez, ante unha pregunta do parlamentario Xosé Luis Rivas ‘Mini’ (BNG) no Parlamento de Galicia. Rivas cre que o proxecto poría “en perigo” o sector primario nunha “zona puxante en gandaría”. O cargo autonómico precisou que o proxecto está en estudo, pero avanzando que o informe será desfavorable para as intencións da compañía. En todo caso, a última palabra será da Consellería de Industria. ‘Mini’ advertiu de presións a veciños e veciñas para que vendan os seus terreos e acusou á empresa de “xogar coa desesperación da xente”.
Cambios nas competencias municipais que xestionan os distintos concelleiros de Oroso. O propio alcalde, Manuel Mirás, recoñece que a modificación de maior envergadura é que el mesmo deixa de encargarse de Urbanismo e Ordenación do Territorio, por primeira vez en dezaseis anos, encomendándolle tales cometidos ao concelleiro Antonio Leira. O rexedor expón que a modificación se produce despois de aprobar o Plan Xeral e seis modificacións puntuais. Mirás sinala a Leira como “persoa da miña máxima confianza”, sinala que traballaron xuntos na elaboración do PXOM e as modificacións posteriores e xustifica a súa renuncia á acumulación de responsabilidades como alcalde, vicepresidente da FEGAMP, integrante da xestora do PSdeG ou a actividade que desenvolve na súa empresa. Para descargar a Leira, tamén deputado provincial, algunhas das competencias que xestionaba ata agora no Concello pasan a outros concelleiros. Non obstante, Leira asume
ORDES
COMARCA Mesía é a cuarta administración local máis rápida de toda Galicia
UxO solicita maior transparencia nos contratos menores
Todos os Concellos da comarca, agás Trazo, pagan as facturas no prazo legal
Unión por Ordes (UxO) presentou unha moción, aprobada co apoio de non adscritos e PSOE, a abstención do BNG e o voto en contra do PP, para pedir medidas de transparencia e libre concorrencia na contratación menor. A proposta formulouse tras constatar “unha multiplicación da contratación menor co obxectivo de reducir as esixencias de tramitación” apelando á urxencia e limitando o coñecemento público dos contratos, segundo UxO. Por iso, a proposta require que os contratos menores de obra superiores a 6.000 euros e os de subministracións superiores a 2.000 euros teñan unha proposta inicial razoada, soliciten un mínimo de tres ofertas a presentar en sobre pechado para abrir ante o secretario municipal, e unha resolución de contratación completa. O alcalde cualificou a proposta de UxO de “pouco operativa, pouco seria e ilegal” e acusou ao grupo de Manuel Regos de intentar “paralizar” o Concello “entorpecendo” o labor do goberno.
Facturar para os Concellos da comarca non supón, en xeral, desesperar. Todos, agás Trazo, cumpren o prazo legal de trinta días para facer efectivos os seus pagamentos. Tres deles -Mesía, Ordes e Oroso- pagan incluso antes de que comece a correr o prazo. Mesía é o cuarto Concello máis rápido de toda Galicia á hora de pagar facturas, segundo datos publicados recentemente polo Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas, correspondentes ao mes de marzo. En realidade, cando se presenta unha factura ante a administración, o prazo para pagala non comeza a contar ata que pasan trinta días. Unha vez transcorre ese mes, no que de todas as maneiras xa se pode pagar, é cando se inicia o prazo legal doutros trinta días. Seguindo esta liña temporal, o Concello de Mesía é o máis áxil da comarca nos pagamentos. Fainos efectivos, de media, aos nove días de presentarse a factura. Tecnicamente, o valor é de -21,40 días, que veñen
se asigna a si mesmo, á vez que conserva Economía e Facenda. Outro cambio é que a escola infantil sae do departamento de Cultura e pasa ao de Educación, baixo a tutela de Beatriz Rodeiro.
Antonio Leira asume unha área clave
tamén Mobilidade, Patrimonio e Turismo, materias coas que se relaciona na Deputación. Entre as que perde, están Comercio, que pasa a ser asumida por Vanesa Boo; Voluntariado, que agora exerce Luis Rey; Limpeza Viaria e Parque Móbil, que recibe Eduardo Veiras; e Protección Civil, que o alcalde
PERÍODO MEDIO DE PAGAMENTO MESÍA OROSO ORDES
-21,40 días -12,80 días -1,25 días
--- inicio prazo legal 30 días --TORDOIA FRADES CERCEDA
5,98 días 14,11 días 23,00 días
--- fin do prazo legal de 30 días --TRAZO
58,73 días
Datos do Ministerio de Hacienda publicados a finais de maio e correspondentes ao pasado mes de marzo
sendo os que faltan para que comece a contar o prazo legal. Oroso é o segundo en rapidez, pagando aos dezasete días de presentarse a factura, é dicir, cando faltan case trece para o período regula-
RESULTADO DOS CAMBIOS O resultado final da reasignación de competencias fai que Antonio Leira teña ao seu cargo Urbanismo e Ordenación do Territorio, Mobilidade, Patrimonio e Turismo; Vanesa Boo dirixa Réxime Interior, Persoal, Turismo, Atención ao Maior, Comunicación, Protocolo e Coordinación; Luís Rey estea á fronte de Deportes, Cultura, Xuventude, Voluntariado, Emprego e Promoción Económica; Beatriz Rodeiro asuma Benestar Social, Ensino, Atención ao Menor e Escolas Infantís; Eduardo Veiras xestione Obras e Servizos, Medio Rural, Medio Ambiente, Parque Móbil, Limpeza Viaria e Relacións Veciñais; e María del Carmen Liste se ocupe das áreas de Muller, Sanidade, Parroquias e Piscina Municipal.
mentario. Tamén antes do tempo de desconto, aínda que por pouco, paga o Concello de Ordes. Faino de media aos 29 días de aceptar a factura, cando queda practicamente un para o inicio do prazo legal. Xa co prazo contando, pagan Tordoia, Frades e Cerceda. A Tordoia só lle leva seis días despois de que comezase a conta atrás. Os provedores de Frades teñen que agardar, de media, aproximadamente unha semana máis, en concreto 14 días. E en Cerceda a media é de 23 días, aínda a sete días de que venza o prazo fixado pola lei. Xa claramente fóra dese intervalo sitúase o Concello de Trazo, ao que o Ministerio lle cuantifica un período medio de pagamento de case 59 días. É o máis elevado da bisbarra ordense, pero aínda así está lixeiramente por debaixo dos 60,5 días da media do conxunto dos municipios de toda España. E figura moi lonxe dos máis lentos da provincia dos que haxa datos, que son Laxe (paga a 465 días) e Coristanco (446 días).
Crónicas - Xuño 2017
9
ACTUALIDADE ORDES O actual goberno local tramita o permiso tras advertir a irregularidade
OROSO
A fosa séptica de residuais de Vilamaior leva dez anos sen permiso de vertidos
Mirás atribúe a un conflicto con Fenosa que a planta de residuos estea pechada
Leva xa uns dez anos funcionando, ou cando menos instalada, pero carece de autorización para os vertidos. A fosa séptica de augas residuais de Vilamaior (Ordes) funciona de maneira irregular desde a súa creación. O actual goberno advertiu a situación e en maio pasado iniciou os trámites para poñer todo en orde, coas correspondentes xestións ante Augas de Galicia. A solicitude presentada, ao amparo do regulamento do dominio público hidráulico, busca autorización para verter un máximo anual de 30.660 metros cúbicos de augas residuais domésticas depuradas ao rego dos Illós, un afluente do río Samo, dentro da cunca do río Tambre. A fosa está asentada nas inmediacións do rego, nun lugar próximo á aldea das Corredoiras. Na solicitude figua como unha Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) deseñada para unha poboación de 300 habitantes, na que se recollen augas residuais domésticas procedentes dos núcleos da Pedreira, O Castro, O Casal, Patro-
A nave construída para a reciclaxe de residuos no polígono industrial de Sigüeiro non comezou a funcionar cando se planificara por un contencioso coa empresa eléctrica Fenosa. Esa é a explicación que ofreceu o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, nun pleno recente. Segundo o rexedor, a compañía pedía 19.000 euros pola conexión eléctrica da nave. O Concello non aceptou tal importe para unha instalación situada no polígono. Mirás asegura que Fenosa “finalmente terá que facelo por 300 euros”. O alcalde deu as explicacións no debate dunha proposta do PP para que o Concello se sume ao programa de tratamento de plásticos agrícolas da Xunta. A moción finalmente foi retirada porque Mirás comprometeuse a adherirse ao programa autonómico cando abra a nave. De todas as maneiras, precisou que o Concello recolle os plásticos periodicamente.
A fosa sitúase preto do lugar das Corredoiras e conta con mantemento periódico
celos e O Piñeiro, de Vilamaior. A infraestrutura conta cunha arqueta de reixa de desbaste e un decantador-dixestor de 68.000 litros de capacidade. As augas depuradas son vertidas a través dunha canalización de PVC de 20 centímetros de diámetro e 25 metros de longo. O goberno municipal actual (PP) explica que cando chegou ao poder non recibiu información de moi-
tas obras, que estaban “ao tolo”. Por iso, sospeitan que neste caso “nunca existise a autorización de vertidos por non terse solicitado”. O certificado de fin de obra é de xuño de 2007. A depuradora entrou en servizo a finais dese ano, cando a alcaldía estaba en mans de Manuel Regos (UxO) e a Concellería de Medio Ambiente recaía en Jesús Pedreira (PSOE).
ENTREVISTA Luis Gestal, responsable de Ardemil Carpintería e Mobles
“Buscamos a satisfacción plena do cliente” - En Ardemil Carpintería podemos amoblar a nosa casa integramente? - Por suposto. Podedes contar con nós tanto para colocar unha cociña, unhas portas, unha tarima, armarios... como para amoblar un dormitorio, un baño... - Que tipo de mobles traballan? - O que nos pidan os clientes: taboleiro marino, formica, lacados, madeira maciza... - Fan traballos a medida? - A maioría dos nosos traballos son a
medida, xa que as necesidades de cada cliente son distintas. - Son máis de deseños modernos ou de moble tradicional? - Traballamos as dúas opcións para satisfacer o cliente atopando o que busca. - Realizan reformas completas? - Si, contamos con albanel, fontaneiro, electricista, pintor, instalador de Pladur... para que os nosos clientes non se teñan que preocupar por nada. Xa reformamos dende pisos completos ata centros de terapia, pasando por
baños, cafeterías ou tendas de roupa. - Outra das súas especialidades son os artigos de descanso. Que tipo de produtos ofrecen neste eido? - Contamos cunha ampla gama de colchóns: de viscoelástica, de látex, de muelles ensacados, de muelles bicónicos... E tamén dormitorios tradicionais, canapés, cabeceiros, camas articuladas, somieres, sofás, butacas de relax... Poden coñecer toda a nosa oferta na tenda-exposición que acabamos de abrir no número 1 da Rúa Ramón Ferreiro, a rúa do centro médico de Ordes.
Luis Gestal, responsable de Ardemil Carpintería
Crónicas - Xuño 2017
10
ACTUALIDADE OROSO
Reciben material para desactivar os niños da vespa velutina
FRADES
OROSO
Doval asume a presidencia do PP coa vista posta na Alcaldía
O congreso do PP de Oroso celebrouse no centro cultural de Sigüeiro
A Xunta entregoulle ao Concello de Oroso unha pértega para desactivar os niños da vespa velutina. O utensilio acada ata 27 metros de altura e aplica insecticida ao niño para controlar a especie invasora. O material foi entregado pola directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias, Belén do Campo, que asinou a cesión co alcalde, Manuel Mirás.
O recente congreso local do PP de Oroso escolleu co 100% dos votos a Alexander Doval como presidente da formación. Doval, que entre outros estivo respaldado polo presidente provincial do partido, Diego Calvo, marcouse como obxectivo a consecución da Alcaldía do municipio. “Por ganas, motivación e traballo non será”, asegurou o dirixente local, que comprometeu esforzos para “convencer os veciños de que os populares son a única alternativa posible para cambiar dunha
vez por todas a forma de facer política en Oroso”, dixo Doval. O presidente do PP de Oroso agradeceu o apoio dos compañeiros e compañeiras, animounos a seguir en contacto coa rúa nos vindeiros dous anos para que o partido “por riba de todo, estea ao servizo dos veciños”. Doval criticou o actual goberno de Manuel Mirás, pois coida que o seu proxecto “hai moito tempo que está caduco” e non cumpre as aspiracións de ter servizos en condicións e oportunidades, di.
Aprobado un proxecto para obras viarias O pleno municipal de Frades aprobou por unanimidade de PP e BNG un proxecto para mellorar o firme da rede viaria en varias das parroquias do concello. A iniciativa está valorada nuns 241.000 euros, incluídos dentro dos orzamentos municipais deste ano. Consiste sobre todo en limpar diversas cunetas, tapar fochancas, aglomerar varios tramos ou repoñer a sinalización.
ORDES
Capa arredor da piscina para non esvarar A piscina municipal descuberta do Muíño, en Ordes, estreou a tempada coa instalación dunha capa para non esvarar na superficie que rodea o vaso principal e o pequeno. Tamén se reestruturou a zona da cafetaría. A piscina abre ata o 10 de setembro de 11 a 21 horas. As entradas de adultos custan 1,50 euros e as infantís un euro. Tamén se pode obter o carné de tempada, que resulta máis económico en uso continuado.
TRAZO O proxecto prevé a mellora do firme dun treito de 3,2 quilómetros
COMARCA
A Deputación investirá 255.000 euros na estrada de Portomouro en Trazo
Os sete Concellos da contorna reciben máis de 443.000 euros para mellorar camiños rurais
A Deputación da Coruña ten previsto contratar en breve as obras de mellora da capa de rodaxe da estrada provincial DP 5903 entre Ordes e Portomouro, nun treito en Trazo. A intervención acometerase concretamente entre os puntos quilométricos 11,7 e 15. O orzamento co que se licitou o proxecto é de case 255.000 euros. O proxecto inclúe as obras de fresado e reparación das zonas máis deterioradas do firme actual, para despois dotar o vial cunha nova pavimentación de mistura bituminosa en quente de cinco centímetros de espesor. O obxectivo é mellorar a adherencia e a seguridade dos vehículos que circulan no tramo. A estrada 5903 é a principal vía de comunicación de Trazo con Ordes e con Santiago de Compostela. Atravesa boa parte do municipio de Trazo, pasando por núcleos de tanta relevancia como Viaño Pequeno e Agro do Mestre. O elevado paso de tráfico aconsella a mellora da infraestrutura para poder garantir me-
o socialista Valentín González Formoso, durante un encontro que sostivo o pasado mes de agosto co alcalde de Trazo, José Dafonte, e outros integrantes da corporación local.
Zona por onde pasa a DP 5903
llor as condicións de seguridade para a circulación. A zona onde se intervirá fora visitada polo presidente da Deputación,
OUTRAS MELLORAS Naquel momento, o presidente da Deputación supervisou tamén outras obras de mellora da rede viaria provincial no municipio. Unha delas foi a travesía do Agro do Mestre, na que se ampliou a plataforma e se construíu unha senda peonil polas dúas marxes, dando servizo a unha zona na que se ubican o centro de saúde e diversos negocios e vivendas. O organismo provincial estima que nos últimos anos leva investido máis de medio millón de euros en proxectos de conservación e mellora da seguridade das estradas de titularidade provincial do municipio tracense. A esa contía, súmase agora o novo investimento no vial que leva de Ordes a Portomouro.
REPARTO Cerceda Frades Mesía Ordes Oroso Tordoia Trazo
58.085 euros 59.456 euros 74.552 euros 74.203 euros 51.873 euros 65.123 euros 59.948 euros
Os sete Concellos da comarca de Ordes recibirán algo máis de 443.000 euros para o acondicionamento de camiños rurais de titularidade municipal, dentro dun plan elaborado pola Consellería de Medio Rural. O reparto de fondos, que no conxunto da provincia suman case cinco millóns de euros, efectuouse de acordo cuns criterios acordados entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), tales como a poboación ou o carácter rural do municipio.
Crónicas - Xuño 2017
11
ACTUALIDADE TORDOIA Invístense 60.000 euros de fondos europeos nun treito duns 500 metros
ORDES
A nova senda peonil do Castiñeiro estará rematada durante este verán
Aplican aglomerado na ponte de Vilamaior reconstruída durante os meses do ivnerno
A nova senda peonil na AC-400 ao seu paso polo lugar do Castiñeiro, en Andoio (Tordoia), estará rematada durante este verán, en agosto segundo o prazo que manexa a Xunta. Así o indicou o delegado provincial autonómico, Ovidio Rodeiro, nunha visita ás obras na que tamén participou o alcalde, Antonio Pereiro. O orzamento das obras é de 60.000 euros, procedentes de fondos europeos FEDER. Vaise construír un tramo de 480 metros de senda de formigón coloreado pola marxe dereita da estrada. A nova infraestrutura conecta cunha xa existente e chega ata a intersección do Casal. A anchura da senda será de 1,80 metros e contará cos elementos precisos para recoller as augas de drenaxe. O proxecto fora solicitado polo Concello para acadar unha maior seguridade para o tráfico na zona. A Consellería de Infraestruturas e Vivenda define este tipo de sendas como “útiles, sustentables e saudables” e salienta a súa contribución á accesibilidade e á seguridade, con
Traballos de asfaltado sobre a ponte
Visita do delegado provincial da Xunta ao punto da estrada onde se acomete a obra
melloras tanto para os peóns como para os demais usuarios da estrada. MOBILIDADE Ovidio Rodeiro fixo especial fincapé na utilidade deste tipo de infraestruturas para peóns e ciclistas porque “son os usuarios máis vulne-
rables das estradas”. O plan no que se enmarca a obra, segundo o cargo autonómico, pretende tamén “promover unha mobilidade máis sustentable, favorecendo modos de desprazamento menos contaminantes e alternativos á utilización do vehículo particular”, asegurou.
A ponte entre Melante e A Armada, na parroquia de Vilamaior (Ordes) recibiu unha capa de aglomerado hai uns días. A intervención, a cargo da Consellería de Medio Rural, complementa a reconstrución do viaduto executada durante o pasado inverno. A aplicación desta capa agardou ata agora para favorecer o asentamento da infraestrutura sobre o terreo. Serve para solventar as irregularidades que presentaba a estrada nese punto.
Crónicas - Xuño 2017
12
ECONOMÍA E TRABALLO LEITE A Xunta reclama tamén a regulación dos primeiros compradores
O decreto para etiquetar a orixe do leite non se aprobará ata o outono
PREZOS DO LEITE
ABRIL / MARZO (€/litro) Galicia Andalucía Aragón Asturias Baleares Canarias Cantabria Castela-A Mancha Castela e León Cataluña Extremadura Madrid Murcia Navarra Euskadi A Rioxa Valencia ESPAÑA
0,300 0,326 0,302 0,334 0,302 0,451 0,311 0,327 0,318 0,307 0,317 0,320 0,308 0,315 0,346 0,326 0,326 0,313
0,302 0,330 0,316 0,334 0,282 0,452 0,316 0,328 0,317 0,305 0,317 0,321 0,306 0,322 0,348 0,334 0,330 0,314
O decreto para que etiquetar a orixe do leite nos envases sexa obrigatorio terá que agardar ata despois do verán. O Ministerio de Agricultura remitiu estes días o borrador do texto á Comisión Europea. Entre que o organismo comunitario se pronuncie e o goberno central proceda a aprobar a norma, o sector leiteiro adentrarase no outono sen unha regulación que a propia Xunta recoñece como “fundamental para seguir avanzando no fortalecemento e transparencia do sector”. Esta norma era un dos compromisos recollidos nos acordos entre administración, industrias, distribución e parte dos produtores tras as protestas do verán de 2015. De momento, á vista dos feitos e declaracións, estivo de despacho en despacho, o que dá idea das présas do Ministerio por sacalo adiante. O prazo para despois do verán deuno o secretario xeral de Agricultura e Alimentación do Ministerio, Carlos Cabanas, nunhas xornadas organizadas en Santiago por Unións
Agrarias para avaliar o futuro do leite a dez anos vista. No mesmo foro, a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, felicitouse pola “disposición do ministerio para axilizar o decreto”. Vázquez reclamou tamén de novo o decreto de primeiros compradores, xa que opina
INVESTIMENTOS
TÉXTIL Batería de medidas presentada pola CIG no Concello de Ordes
Entidades da comarca quedan sen subvención para maquinaria por falta de orzamentos
Propoñen reactivar o téxtil eliminando as facilidades para deslocalizar empresas
Varias entidades da comarca, entre elas a Central de Frades, Olas Gandeira, Leira ou SantaiaTordoia, quedaron sen subvención da Xunta para a utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo. Na resolución que publica as axudas, a Consellería de Medio Rural expón que o motivo de que se lles denegue é a “dispoñibilidade orzamentaria insuficiente”. En menos palabras, a Xunta di que non ten cartos abondo. De feito, foron máis as solicitudes denegadas que as aprobadas. Só se aceptaron vinte, algunha tamén da comarca, e por falta de orzamento foron rexeitadas ata trinta. Polo demais, só un par de peticións non acadaron a puntuación mínima esixida na convocatoria, mentres que outras dúas non contestaron un requerimento da Consellería, outra renunciou durante a tramitación e outras dúas non chegaban ao investimento mínimo necesario.
Asistentes ás xornadas sobre o sector leiteiro organizadas por UUAA en Santiago
que esta é “unha figura que cómpre regular para mellorar a transparencia na cadea de valor”. Roberto García lembrou que os Gandeiros galegos seguen cobrando os prezos máis baixos da UE e reivindicou medidas “coercitivas” inmediatas para quen incumpra os acordos.
As propostas do sindicato foron presentadas no rexistro municipal de Ordes
A Confederación Intersindical Galega (CIG) propón que se eliminen as facilidades e axudas de proxectos que supoñan a deslocalización de empresas como unha das principais medidas para intentar reactivar o sector téxtil. A organización sindical recolle esta medida nunha batería de propostas que rexistrou no Concello de Ordes, co propósito de que se deba-
tan no pleno municipal e sexan trasladadas aos gobernos autonómico e central. A proposta reivindica maior apoio das institucións públicas ás pequenas e medianas empresas, maior promoción da moda galega e do consumo de prendas e complementos feitos en Galicia, e que os uniformes ou materiais téxtiles que se utilicen en empresas públicas se lles contraten a
MEDIAS ESPAÑA ABRIL 2013 0,336 2014 0,369 2015 0,311 2016 0,297 2017 0,313
PRODUCIÓN ABRIL 2016
2017
Galicia 220.572 tn 227.145 tn España 590.574 tn 604.491 tn Fonte: FEGA (02-06-2017)
empresas afincadas en Galicia. Xabier Filgueira, secretario comarcal da CIG na Coruña, e Dores Martínez, secretaria de FGAMT-CIG, atribuíron a forte destrución do emprego no téxtil (tres de cada catro empregos desde 2008) á liberalización do tráfico internacional de produtos téxtiles e de vestiario desde 2005, que fixo que as empresas desprazasen a produción a países coa man de obra aínda máis barata. De maneira paralela, na comarca, onde o téxtil daba emprego directo a unhas dúas mil persoas, foron minguando e mesmo pechando tanto compañías de renome como numerosos talleres auxiliares. A iniciativa da CIG fai tamén referencia ao sector agrogandeiro. Reclama o seu potenciamento con garantía de prezos xustos, fomento da incorporación de xente nova, unha explotación racional do monte, a apertura de vías de comercialización de proximidade e o desenvolvemento de industrias ligadas ao sector. Cren que as políticas actuais só logran o peche de explotacións.
Crónicas - Xuño 2017
13
PUBLICIDADE
14
Crónicas - Xuño 2017
XENTE DE AQUÍ OROSO A publicación distribúese en centros de interese do camiño e tamén no estado de Michigan (EEUU)
Excelente acollida á guía do Camiño Inglés de Manuel Pazos e Trese Barton A Guía do Camiño Inglés da Coruña a Santiago está tendo unha excelente acollida desde a súa presentación a finais de maio en Sigüeiro (Oroso) ante máis de duascentas persoas. Trátase dunha obra da que son autores o historiador Manuel Pazos, de Marzoa (Oroso) e a investigadora Trese Barton, de Michigan (Estados Unidos). Unha das peculiaridades da publicación, promovida polo Concello de Oroso, é que está escrita en galego, na parte de Pazos, e en inglés, cun texto independente do anterior a cargo de Barton. É a primeira ocasión que unha norteamericana escribe sobre o Camiño Inglés ofrecendo a súa propia visión. O traballo, do que xa na súa presentación se entregaron uns 250 exemplares ás persoas interesadas, está sendo distribuído polos municipios do Camiño, especialmente a colexios, Concellos e bibliotecas. En Oroso pode obterse na Casa da Cultura. Pero ademais, a súa coautora ta-
COMARCA
O xogador de baloncesto Nikos Galis percorre a ruta O xogador grego de baloncesto Nikos Galis percorreu o Camiño Inglés dentro do proxecto O Camiño remata no Obradoiro, do club santiagués Obradoiro. A iniciativa pretende das a coñecer as diferentes rutas do Camiño de Santiago mediante a creación de audiovisuais. Así como Galis se asociou ao Camiño Inglés, nos dous proxectos anteriores Juan Antonio Corbalán percorreu o Camiño Primitivo e Terry Porter o Francés. No seu paso pola comarca, Galis estivo acompañado por representantes de Concellos polos que atravesa o Camiño Inglés. En Ordes, acudiron ao seu encontro o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, e a concelleira de Deportes, Ana Soneira. En Oroso, onde tivo un encontro con alumnado do colexio do Camiño Inglés, recibírono o alcalde, Manuel Mirás, e os concelleiros Antonio Leira e Beatriz Rodeiro.
Desde a esquerda: Trese Barton, Manuel Mirás e Manuel Pazos
mén vai levar exemplares para bibliotecas e organismos do estado de Michigan, onde reside Barton. En Detroit, cidade dese estado, vai promover a guía en bibliotecas e outras institucións, o que supón un importante salto promocional para a ruta. A guía é froito dun considerable esforzo. Conta con máis de duascen-
tas fotografías a cor, ofrece información histórica, mapas, indicadores de distancias, a división por etapas, datos de aloxamento... Pero tampouco evita as partes máis negativas do itinerario, cunha visión crítica sobre o fenómeno do feísmo, presente tanto en zonas urbanas como rurais polas que pasa.
O alcalde reclama a sinalización do itinerario orixinal Un dos aspectos destacados da Guía do Camiño Inglés da Coruña a Santiago é que é a primeira que describe o camiño oficial delimitado en 2014 pola Xunta. Os propios autores advertiron de que aínda está sen sinalizar en treitos de Oroso e de Santiago. Na súa intervención na presentación, o alcalde, Manuel Mirás, referiuse tamén á delimitación do Camiño Inglés no municipio. Insistiu en que “aínda tempos un tramo do acceso a Sigüeiro que non vai por onde debería”. Segundo explicou, a Xunta levou o Camiño por pistas de concentración parcelaria, que acurtan o traxecto pero impide coñecer elementos patrimoniais como o Castro de Vilalbarro ou naturais como a fonte da Santiña. O rexedor agarda que, tras anos reclamando, o actual xerente do Xacobeo solucione a situación.
Renovan a asociación do Camiño, con catorce Concellos Catorce Concellos polos que discorre o Camiño Inglés acaban de renovar a asociación para promover a súa ruta xacobea. Nun principio, non se suman as entidades locais da Coruña, de Cambre e de Culleredo. O colectivo, que suple ao antigo proxecto de Consorcio, está pendente da autorización formal da Xunta. Non obstante, na reunión da refundacin, en Carral, aprobouse a acta fundacional, os estatutos e a primeira directiva. Como presidente figura o alcalde de Oroso, Manuel Mirás, que releva ao de Carral. Está acompañado por un representante do Concello de Ordes na vicepresidencia, outro de Betanzos na secretaría e outro de Carral na tesourería. Como vogais, exercerán representantes de Mesía, Narón e Pontedeume. A intención inicial fora crear un Consorcio, pero a normativa obriga a contratar funcionarios, polo que finalmente optaron pola fórmula da asociación.
Crónicas - Xuño 2017
15
PUBLICIDADE
Crónicas - Xuño 2017
16
XENTE DE AQUÍ ORDES Éxito do lanzamento da primeira sonda estratosférica da Axencia Espacial Escolar Galega (NOSA)
Houston, aquí non che temos ningún problema
O lanzamento nas inmediacións do IES Maruxa Mallo de Ordes causou moita expectación. Polo Concello, acudiron o alcalde e a primeira tenente de alcalde
Houbo que aprazar o lanzamento un par de veces porque a meteoroloxía non era a idónea, pero á terceira cumpriuse a misión. A autodenominada Axencia Espacial Escolar Galega (NOSA) lanzou con éxito a súa primeira sonda estratosférica desde o IES Maruxa Mallo de Ordes. No proxecto tamén colaboraron os IES Miraflores, de Oleiros, e o Marco do Camballón, de Vila de Cruces. O lanzamento tiña como obxectivo facerse
con datos sobre meteoroloxía e outras ciencias. Para iso, acadou unha altitude de máis de 32.000 metros. O dispositivo ía equipado cunha cámara conectada a un ordenador, o que permitiu facer o seguimento de todo o seu traxecto desde unha pantalla na entrada do IES, ademais de gravar imaxes. Tras ser lanzada a mediodía, esa mesma tarde aterrou no norte de Lalín e puido ser recuperada.
ORDES
ORDES
Festival de Preescolar na Casa no colexio do Mesón do Vento
A Xuntanza de Ardemil supera os 120 cabalos
Os nenos e nenas que acoden ao programa Preescolar na Casa nos grupos de Ordes e do Mesón do Vento ofreceron un espectáculo para o alumnado do nivel de infantil do CEIP do Mesón do Vento. O festival, para o que prepararon bailes e cancións durante semanas, sérvelles para despedirse do curso e familiarizarse co centro educativo.
A Xuntanza Cabalar de Ardemil superou este ano os 120 participantes nas probas de trote e de andadura. A sétima edición deste encontro supón así un récord de asistencia por riba das previsións, segundo afirma Pablo Caamaño, encargado da organización. Outra cifra destacada son os 400 participantes no xantar popular da xuntanza, unha das actividades da parte máis lúdica do evento na que máis se apreza o seu éxito. O programa da xuntanza estivo conformado por rutas a cabalo, concursos morfolóxicos de pura raza galega, actos relixiosos cunha procesión de Santo Antón e bendición aos animais, música, concurso de barrís, touro mecánico e xogos infantís. As carreiras e as probas de andadura e trote repartiron uns 400 euros en premios. O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, acudiu á entrega das copas e galardóns. Cabaleiros de Ardemil contou coa colaboración de Restaurante Avelino, Serveteq, Hermanos Gómez e a Federación Hípica Galega.
Ademais de recoller datos sobre a capa de ozono cunha ferramenta informática, a sonda serviu para efectuar outros experimentos. Para tal fin, viaxaron nela sementes de fabas, miñocas e unha mostra de saliva para analizar os cambios que puideron experimentar na súa saída a estratosfera. O reparto de funcións establecido na NOSA fixo que o alumnado do IES Miraflores se encargase do apartado
tecnolóxico, mentres que o eido científico correspondeulles a estudantes do instituto de Vila de Cruces e o IES Maruxa Mallo asumiu as tarefas comunicativas. O xermolo da NOSA foi o proxecto MarumaSat ‘Cos pés no chan e os ollos nas estrelas’, que se desenvolveu o curso pasado no instituto ordense. O pasado xaneiro, un congreso en Ordes serviu para constituír a Axencia Espacial Escolar Galega.
Numeroso público achegouse a observar as distintas probas da Xuntanza
O alcalde de Ordes acudiu a entregar os premios das diferentes probas
Crónicas - Xuño 2017
17
XENTE DE AQUÍ MESÍA A falta de tempo impediulle conseguilo á asociacion San Antonio Olas
COMARCA
O Guinness de gaiteiros tocando á vez agardará ata finais do verán
Rematan as clases da Mancomunidade para a obtención dos certificados de galego
Facían falta máis de 333 gaiteiros e gaiteiras e non se deron reunido. O récord mundial Guinness de persoas tocando a gaita á vez terá que agardar a un segundo intento a finais do verán, despois de que o pasado 17 de xuño non fora posible. A iniciativa partiu da asociación San Antonio Olas, de Olas (Mesía), que convocou para a tarde dese sábado a todas as persoas que puidesen colaborar e arrebatarlle así o rexistro a Sofía, capital de Bulgaria, que ostenta ese Guinness desde 2012. A organización presidida por Cristina Castro, que agradeceu todas as colaboracións, explica que “a falta de tempo foi un serio condicionante, posto que a aceptación do Guinness chegou con só dez días de antelación e quedaba pouca marxe para a convocatoria”. Non obstante, a entidade considera que o primeiro intento “pagou a pena polo ambiente festivo creado e a congregación de tantas persoas coa gaita e a música tradicional ga-
Clausura das clases de galego
Numerosos gaiteiros reuníronse na carballeira de Santo Antón nunha xeira calurosa
legas como motivo”. De feito, contaron con participantes do municipio, do resto da comarca ordense e de múltiples lugares de Galicia. De momento, non hai unha data concreta para buscar o novo récord, para o que a asociación San Antonio
Olas ve máis esperanzas de éxito ao ter a posibilidade de traballar con varios meses de antelación. No intento do Guinness colaboraron, por certo, a tenda de informática e telefonía ATX, Carnicería Ignacio e Gráficas Orzán.
ENTREVISTA Vanessa Grela, de su nuevo centro de peluquería y estética en Sigüeiro
Hasta el moño, la peluquería que te entiende - ¿Qué servicios ofrecen en el apartado apartado de peluquería? - Prestamos servicios relacionados con el cuidado del cabello, consistentes en lavado, corte, peinado, teñido, caida del pelo, ondulación, recogidos de fiesta, novia, reconstructores del pelo con queratina cuaternizada biomética... Todo lo que tiene que ver con el cuidado de tu imagen es decir todo tipo de tratamientos de belleza. - Y en cuanto a estética, ¿qué puede esperar el cliente de este establecimiento? - Pues te puedes encontrar con servicios complementarios de estética, como depilado,
manicura, pedicura, maquillaje, cuidado de la piel tanto facial como corporal, masajes relajantes, body spa, aromaterapia o cosmética natural, entre otros. - ‘Hasta el moño’ destaca por utilizar tecnologías vanguardistas. ¿Cuáles son las más significativas? - Pues hoy en día en cuanto a moda y estilismos en este negocio hay que estar lo más al día posible. Por ello, estamos lo más actualizados que podemos, por ejemplo en tratamientos capilares como pueden ser reconstructores del cabello tanto con botox, células madre, keratina biomimética cuaternizada... En cuanto
a estética, tenemos ahora mismo como vanguardia la presoterapia, muy útil para tonificar, mejorar problemas de circulación en las extremidades, eliminar líquidos, mejorar tu celulitis... Y también tenemos el T3, que cuenta con todas las tecnologías que ofrece la aparatología de la estética del siglo XXI. Un único equipo multifunción que aúna las 8 tecnologías de la estética actual, un sistema del que podrás garantizar resultados más eficaces en mucho menos tiempo (espátula ultrasónica, ultrasonidos, dermosucción, mesoterapia virtual 3G, microdermoabrasión punta de dia-
O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes desenvolveu ata principios do mes de xuño unha serie de clases para a obtención dos certificados Celga nos niveis 2 e 4 sobre o dominio da lingua galega. Nas clases participaron sete alumnas, que acudiron durante dez días. Recibiron coñecementos tanto teóricos como prácticos durante un total de vinte horas, sobre cuestións relativas a gramática, vocabulario e sintaxe do idioma galego. mante, radiofrecuencia, cavitación modulada, oxiabrasió). Y por último 3Triphase (láser + fotodepilación + diodo), una plataforma integral de depilación que combina la aplicación de láser fotodepilación y diodo ráfaga en la misma sesión y zona. Permite personalizar los tratamientos según cada tipo de piel, y por tanto mejores resultados y seguridad para el cliente. - ¿Disponer de este tipo de técnicas hace más fácil personalizar la atención y dar a cada persona una solución más adecuada a sus necesidades? - La clave de todo yo creo que está en entender al cliente, conocer sus necesidades y expectativas, ya que cada persona es un mundo. En base a eso ofrecemos servicios adecuados y adaptados a cada cliente. Podemos hacerlo gracias al tipo de tecnología que tenemos.
18
Crónicas - Xuño 2017
XENTE DE AQUÍ CERCEDA
TORDOIA A experiencia aspira a recuperar a memoria a partir do patrimonio
Excursión municipal a Tui e á Fortaleza
Estudantes do CPI Pecalama expuxeron un proxecto sobre o dolmen de Cabaleiros
Máis de 120 persoas de Cerceda participaron na excursión municipal a Tui e á Fortaleza o pasado 10 de xuño.
Durante practicamente un mes, ata mediados deste mes de xuño, os alumnos e alumnas de segundo curso da ESO do CPI Pecalama (Tordoia) expuxeron o seu traballo ‘Recuperando a memoria a partir do patrimonio: o dolmen de Cabaleiros’. Trátase dun proxecto no que parten dun elemento histórico tan significativo como o dolmen para profundizar no pasado e descubrir os vínculos que garda co presente. De paso, a través deles, presérvano para o futuro. O traballo exposto na Casa da Cultura de Tordoia estivo coordinado por Leticia Castro Calviño e Francisco Pérez Otero. Os seus responsables destacan que a través do patrimonio pódense establecer conexións cos tres ámbitos do ser humano. No físico, porque elementos como o dolmen son bens perceptibles polos sentidos. No racional, pola información chea de significados que pode achegar. E no emocional, segundo explican, porque serven para desfrutar, sentir conectar cos recordos e contactar coas xeracións precedentes, das que se herda a identidade.
Estudantes de 2º da ESO do Pecalama que prepararon os elementos da exposición
Neste sentido, a mostra ten o dolmen de Cabaleiros como o principal protagonista, o fío condutor entre o pasado e o presente. As distintas creacións preparadas polo alumnado do CPI Pecalama permitiron aprezar o monumento neolítico “en todas as súas dimensións, tempos, espazos e soportes”, manifestan desde o centro
educativo. Ao final, búscase que a través dos máis novos sigan vivas riquezas como a lenda que conta que unha moura, habitante da Atlántica, foi a que construíu o dolmen cargando as pedras na súa propia cabeza mentres voaba e daba de mamar a un meniño.
COMARCA Nas últimas semanas tiveron lugar os festexos dos Concellos de Cerceda, Frades e Mesía
Celebracións da terceira idade nos municipios da contorna Os primeiros indicios do verán adoitan traer unhas das celebracións máis agardadas por unha parte moi significativa da poboación da comarca: as festas dedicadas á terceira idade. Nas últimas semanas, celebráronse as de Cerceda, Frades e Mesía, con centos de participantes. O esquema xeral das festas é tan repetitivo como algunhas series da TDT. Algo de música para a recepción, oficios relixiosos a pé de festa, o xantar cun menú practicamente invariable respaldado pola aceptación de festas anteriores, máis música e baile para a sobremesa, e a entrega de agasallos e incluso obsequios para os máis veteranos que acudiron á festa. Non adoitan faltar tampouco as intervencións dos munícipes, xeralmente máis protocolarias que políticas para non abusar nin da precaria acústica do lugar nin da paciencia agotable dos estómagos.
A entrega de obsequios conmemorativos ás persoas máis veteranas é un clásico da festa social da terceira idade en Cerceda
Recoñecemento fradense aos maiores de noventa anos presentes na festa, entre eles Ramiro López, a piques de facer cen anos
A celebración para a terceira idade de Mesía tivo lugar no pavillón polideportivo municipal situado a carón do CPI de Xanceda
Crónicas - Xuño 2017
19
DEPORTES ATLETISMO
Grandes éxitos para o Atlética A Silva-Ordes Integrantes do Club Atlética A Silva-Ordes sumaron novos éxitos coa súa participación en diferentes campionatos nas últimas semanas. O máis destacado é probablemente a medalla de prata de María Pena Ferreiro na proba de lanzamento de xavelina do Campionato de España Cadete en seleccións autonómicas. Pena acadou a súa mellor marca persoal, con 37,96 metros. Lara López, tamén convocada coa selección galega, foi oitava en 4x300 e decimocuarta en 4x100. Previamente, estas dúas competidoras adestradas por José Domínguez lograran os campionatos galegos de 100 metros (López) e de xavelina (Pena) na súa categoría. López foi tamén terceira galega en 300 lisos e Lucas Paz foi undécimo en 100 lisos e duodécimo en 200 lisos. Outra competición recente é o Campionato Galego de Atletismo en Pista ao Aire Libre, no que o club logrou participar con 23 atletas. Obtiveron ouros Martiño Caneda (220
Integrantes do club, no galego benxamín, alevín e infantil
María Pena, prata xavelina no campionato español
María Pena, Lucas Paz e Lara López, no galego cadete
Participantes no campionato galego de veteranos
metros valos infantil) e Gloria Iglesias (lanzamento xavelina alevín). Pratas para Daniel Loureiro en xavelina infantil e Alejandra Souto en triplo salto. E bronces para Gloria Pena en 150 metros lisos infantil e Samuel Fariñas en 3.000 lisos infantil. No Campionato Galego de Veteranos, tamén numerosas meda-
llas para A Silva-Ordes. Trinta e seis en total, repartidas en dúas pratas e un bronce para Xosé Rivera, bronce e dous ouros para Alberto Vázquez, ouro e prata para María Isabel Fernández, dous ouros para Teresa Janeiro, dous ouros e prata para Basilio Bernárdez, prata e ouro para José Domínguez, ouro, prata e bronce
para Lucía Doval, ouro e prata para José Manuel Gontá, prata e bronce para María José Fraga, ouro e prata para Ángeles Rodríguez, prata para Hortensia Viaño, tres ouros para Ana María Abuín, ouro e prata para José Manuel Núñez, tres ouros para José Fraga e tres bronces para Carlos Vera.
HALTEROFILIA Daniel Castro, campión galego na categoría <56 kg sub-15
Martín Liste, terceiro no campionato de España
Daniel Castro Lagares durante a súa participación no campionato galego
Martín Liste Viaño, coa súa avoa e as medallas acadadas no campionato español
A halterofilia comeza a facerse un oco importante no deporte da comarca. E ademais entra pola porta grande, con dous éxitos destacados. Un correspóndelle ao tordoiés Martín Liste Viaño e outro ao ordense Daniel Castro Lagares. Liste clasificouse na terceira posición no Cam-
rexistra a terceira posición. Liste participa este sábado 1 de xullo no Trofeo Internacional Cidade da Coruña.
pionato de España Absoluto, que se disputou na Coruña. En arrancada, o atleta acadou a marca de 125 kg, mentres que en dous tempos acadou os 161 kg. Nesta última modaliade foi segundo de España na clasificación absoluta. Coa súa de quilos na arrancada e nos dous tempos,
CAMPIÓN GALEGO Pola súa parte, Daniel Castro Lagares é o campión galego na categoría <56 kg sub 15. O ordense
rexistrou 35 kg na modalidade de arrancada e 46 kg na de dous tempos. Son resultados que o elevaron ao primeiro posto do campionato, tamén disputado na cidade herculina, e que o confirman como un atleta de gran proxección de futuro.
Crónicas - Xuño 2017
20
DEPORTES HÓCKEY
TAEKWONDO
Recoñecemento aos júnior da A.C. Ordes pola gran tempada
As de Ordes logran o terceiro posto no provincial escolar
Recepción no Concello a integrantes da A.C. Ordes de hóckey
O club ordense obtivo bos resultados na competición, celebrada en Noia
O equipo júnior da A.C. Ordes, medalla de bronce no recente Campionato de España de Hóckey, foi recibido formalmente no Concello como recoñecemento á súa exitosa tempada deportiva. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, animounos a seguir loitando por novos éxitos deportivos
Terceiro posto para o equipo feminino de taekwondo BoudSport, de Ordes, no Campionato Provincial en Idade Escolar de taekwondo. A competición, que se disputou en Noia, contou cun considerable número de espectadores. Desprazáronse varios afeccionados da
e destacou o seu papel como “embaixadores do nome de Ordes aló por onde van”. A presidenta do club, Chus García, agradeceu o apoio institucional. A entidade entregoulle ao rexedor unha camiseta personalizada co número 9, o que utilizaba cando xogaba ao baloncesto.
zona, entre eles a concelleira de Deportes ordense, Ana Soneira, e o seu homólogo de Cultura, José Manuel Mira. A nivel individual, Abril Viqueira e Sara Soneira obtiveron cadansúa medalla de ouro. Pratas para Mateo Boudjenane e Andrea Caneda.
XADREZ
CERCEDA
Fernando Sánchez gaña o IV Torneo Concello de Oroso
O CCD Cerceda e Sogama fomentan a vida saudable
Fernando Sánchez Aller, mestre FIDE e subcampión galego, foi o gañador do IV Torneo Concello de Oroso de Xadrez. Non tivo ningunha derrota en ningunha das oito roldas do torneo. Entre os xogadores locais, destaca que Iván Blanco fíxose con cinco dos oito puntos posibles contra rivais de maior nivel. O torneo, que abriu o II Circuíto de Xadrez da Deputación da Coruña, sumou 88 xogadores, moitos deles de alto nivel. Disputouse entre o colexio do Camiño Inglés e o Parque do Carboeiro. FIN DE LIGA Por outra parte, o Club Xadrez Oroso rematou con éxito a liga galega en cuarta división. Participaron con tres equipos e dezasete xogadores, co que foron o club máis numeroso. Para o equipo Oroso Troi foi unha estrea moi didáctica. O Oroso Lengüelle acadou a sexta posición, empatando
O alcalde, entregando o premio ao gañador do torneo de xadrez
Javier Domínguez e Ramón Devesa, na sinatura do convenio de colaboración
co quinto. E o Oroso Carboeiro acadou a terceira praza, empatado co subcampión, cunha intervención moi deportiva ao rotar os seus sete xogadores nas sucesivas partidas. O Xadrez Oroso inicia o vindeiro curso o 6 de outubro.
O presidente de Sogama, Javier Domínguez, e o seu homólogo no Centro Cultural e Deportivo Cerceda, Ramón Devesa, suscribiron un novo convenio de colaboración que servirá para o fomento de hábitos de vida saudables no municipio e na contorna.
Para a empresa, este tipo de acordos certifica o seu compromiso co municipio e cos seus habitantes. Sogama indica que isto demóstrase na súa “actividade industrial, perfectamente compatible coa integridade da contorna e a calidade de vida”, afirma.
Crónicas - Xuño 2017
21
DEPORTES FÚTBOL SALA
ATLETISMO
O equipo de Arzúa gaña o vixésimo intermunicipal
Yago Ferreño logra o bronce no provincial de tríatlon alevín
O equipo ordense acadou a terceira praza do intermunicipal de fútbol sala
O equipo de Arzúa proclamouse campión do vixésimo Trofeo Intermunicipal de Fútbol Sala, que se disputou en Ordes coa organización do Concello. O subcampión foi o Santa Comba, que sucumbiu ante o gañador por 3-1 nun partido que precisou de prórroga. A terceira posición do torneo foi para o equipo de Ordes, com-
partida co de Frades. Os ordenses perderon en semifinais co Santa Comba xa nos penaltis (3-4). O máximo anotador da competición foi Rubén Palmeiro, de Trazo. A competición reuniu equipos de dez municipios. Entregaron os premios cargos de diversos Concellos, entre eles o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e a concelleira de Deportes, Ana Soneira.
Yago Ferreño, terceiro masculino, e Antía Rey, novena na clasificación feminina
Yago Ferreño González acadou a medalla de bronce na proba de tríatlon alevín do Campionato Provincial de Atletismo en Pista ao Aire Libre. Na mesma proba, pero na clasificación feminina, Antía Rey Raña, outra alumna do colexio Castelao,
de Ordes, rematou nunha destacada novena posición. Esta proba de tríatlon forma parte do programa de combinadas de atletismo e consiste en realizar as probas de 60 metros lisos, salto de lonxitude e lanzamento de peso, informan desde o colexio.
PATINAXE
PÁDEL
Segundo posto para o Club Galia no Trofeo de Arteixo
O Jogafán Ordes, sexto no seu primeiro máster Amstel Radler
O club ordense obtivo bos resultados na competición, celebrada en Noia
O Club Patinaxe Galia obtivo dous segundos postos no Trofeo Concello de Arteixo, un para o grupo grande de secundaria e outro para o grupo grande de primaria. O grupo pequeno de secundaria logrou tamén un destacado cuarto posto na competición da
súa categoría. No máis recente Trofeo Brincadeira, de ámbito autonómico, a entidade ordense sumou novos éxitos, cun terceiro posto para o grupo benxamín, a quinta praza para o xuvenil e unha novena posición para a división infantil.
Integrantes do equipo Jogafán Padel Ordes, en Pozuelo de Alarcón
O equipo Jogafán Padel Ordes acadou a terceira posición do seu grupo, e a sexta praza na clasificación xeral, na súa primeira participación no Máster Nacional SNP Amstel Radler. O equipo, como campión galego na categoría 1000, desprazaouse ata Pozuelo de Alarcón
(Madrid) para disputar a competición. Os seus resultados foron: Jogafán PadelOrdes Vs Ordental segunda (Granada) 2-10; Jogafán PadelORdes Vs Hit Padel Indoor Coslada A (Madrid) 2-10; e Jogafán PadelOrdes Vs Pik&Ton Padel Taldea (Vizcaya) 8-4.
22
Crónicas - Xuño 2017
DEPORTES FÚTBOL
RAID DE AVENTURA
Os cadetes do Xuventude Oroso gañan a Copa do Sar
O Club SEO destaca nunha das probas máis esixentes
O equipo cadete do Xuventude Oroso gañou a Copa do Sar da súa categoría. Na final, disputada en Cacheiras, xogaron contra o Santiago CF. Empataron a dous, de maneira que a victoria final decidiuse a penaltis. A celebración realizárona na fonte da Praza da Foca, en Sigüeiro, como é habitual. Recibiron as felicitacións do Concello.
507 quilómetros de percorrido nun máximo de 125 horas. Dese total, 191 son de trekking, 73 de kaiak en mar e río, 240 de BTT e 3 de barranco. O reloxo non para e non hai paradas obrigadas. Son cifras que dan unha idea da dureza da Gallaecia Expedition Race, pertencente ás series mundiais de Raids de Aventura, que se disputou hai unhas semanas nas Pontes e en municipios contiguos da zona como Ortigueira, Cariño, Ares ou Narón. Nesta proba destacou o club SEO ordense, cun dos 27 cuartetos en competición, integrado por José Ángel Morlán e José Manuel Amor, pertencentes ao club, Óscar Fernández (Club Montaña Ferrol) e María Toro (Club Newen Sport de Pucón, Chile). O seu obxectivo era rematar todo o percorrido do raid en tempo, pois era a primeira participación do equipo nunha proba das series mundiais e o habitual neste tipo de com-
Cuarteto no que participaron Morlán e Amor, integrantes do club SEO de Ordes
peticións son os abandonos. De feito, só 10 dos 27 equipos remataron. Ao final, o cuarteto do SEO logrouno e acabou co decimosexto mellor tempo, se ben non computou na clasificación porque María Toro tivo que abandonar na sección 11 (de 14) do raid a causa dunha indisposición física. Os outros tres integrantes deron chegado á meta ás 11:55 horas do último día da proba, cando o momento tope eran as 15.00 horas. Nos cinco días de competición, durmiron oito horas en total, o que dá idea da extraordinaria condición física da que se debe dispoñer para unha competición deste nivel.
O equipo, porteando o material para un tramo de kaiak no lago das Pontes
FÚTBOL 7
FÚTBOL
Subcampionato en Carballo para o Xuventude Oroso alevín
Cerceda acollerá o campus de fútbol da Fundación da RFEF
José Balsa, do Xuventude Oroso, foi o mellor xogador do torneo de Carballo
O equipo alevín do Xuventude Oroso foi subcampión no Torneo de Fútbol 7 do Concello de Carballo. Dous dos seus xogadores foron recoñecidos como o máximo goleador do torneo (Jairo López) e como o mellor xogador do campionato (José Balsa). O equipo gañador foi o AFA
Angola. Para chegar á final, os de Oroso tiveron que desfacerse en semifinais do conxunto pertencente ao Real Madrid da súa categoría. O Concello, que os felicitou por boca do concelleiro Luís Rey, asegura que é a primeira vez que un equipo de fase previa chega á final deste torneo.
O Concello de Cerceda é unha das sedes escollidas pola Fundación da Real Federación Española de Fútbol (RFEF) para un dos seus Campus de Fútbol. A iniciativa vaise desenvolver entre o 2 e o 15 de xullo. Poderán participar nenos e nenas de entre oito e dezasete anos de idade. O campus conta con dúas modalidades, unha de internos e outra de externos. Os internos terán unha primeira quenda do 2 ao 8 de xullo e unha segunda do 9 ao 15 de xullo. Tamén existe a opción de doble quenda, entre os días 2 e 15. Para os externos, as quendas soltas son do 3 ao 14 de xullo e do 10 ao 14 de xullo e a doble abrangue os dous períodos. Para os adestramentos, vanse utilizar as instalacións do complexo deportivo do Roxo. E para o aloxamento empregaranse as dependencias do colexio do Cruce e do Centro Cívico. Os participantes disporán dun transporte propio para acudir aos
adestramentos e para as actividades diarias. Está previsto un servizo de transporte para os adestramentos e para as actividades diarias de todas as persoas participantes. Os usuarios externos do campus terán unha ruta diaria entre A Coruña e Cerceda, que deben solicitar cando se inscriban. O bus recolleraos ás nove da mañá no estadio de Riazor e na igrexa de San Pedro de Mezonzo, retornando aos mesmos lugares ás oito e media do serán. Segundo se participe nunha quenda libre ou doble, e dependendo de se se opta por ser usuario interno ou externo, os prezos do campus van desde os 100 ata os 260 euros. O campus ofrece unha completa formación e contará coa presenza de coñecidos xogadores e adestradores. As súas bases son sobre todo didácticas, co fomento da convivencia, a tolerancia e o xogo limpo como algunhas das principais premisas.
Crónicas - Xuño 2017
23
OPINIÓN
O valor da ética persoal Por Estrella Vázquez Varela Ultimamente nesta miña querida vila acontecen cousas que me fan dubidar da pouca personalidade dalgunha xente, da súa falta de ética e de como se van arrastrando pola vida a cambio dun xefe todopoderoso chamado “Don Diñeiro”. Eu, para ben ou para mal, son unha persoa que creo que a ética, tanto persoal coma laboral, ten que sentirse cunha seriedade absoluta. A personalidade e as ideas non poden mudar coas ansias de encher o peto. Podemos ter diferenzas coas persoas, pero por riba de todo ten que estar a nosa personalidade, as nosas ideas e as nosas crenzas. Porque, se todo iso o vendemos, que nos queda? Quen somos realmente? Poderemos algún día esixirlle algo a alguén? Cando a xente ten o corazón e a cabeza corrupta deberían sentir
vergoña deles mesmos, sobre todo cando o motivo son os cartos.
llo”, “son cartos”. Pois non, señor, non me vale!
No escenario político ordense vemos xente que no seu día sentou publicamente a defender unhas ideas e a unha veciñanza que depositou neles a súa confianza, e logo co paso do tempo non só mudaron de ideoloxía, senón que agora pola porta de atrás e á calada defenden a aqueles aos que tan duramente criticaron ata o infinito, dicindo que eran o cancro que había que extirpar de raíz da nosa vila porque a estaban a matar pouco a pouco. Logo deberon de ver que do lado no que estaban non se gañaba o suficiente e, obviando todo o que unha persoa debe ter para que se lle poida chamar así, fanlle as beiras e mesmo asesoran a todos eses que antes eran para eles fillos do diaño. E aquí non pasa nada. Para xustificarse algún di: “é traba-
Ningunha das persoas que pasaron pola vida política da nosa vila está tan necesitada economicamente como para ter que vender a súa alma, ou o que sexa que teña, e pasarse ao bando contrario. E por riba van de prepotentes, querendo quedar coma mártires, bos e intelixentes. Algúns deberían fixarse na herdanza dalgún excompañeiro e ver o que é ter palabra e ética, porque iso non se merca: con iso nácese. Nesta terra estamos de paso e os cartos marchan, pero o aprecio polas boas persoas queda para sempre. Logo dirán, como é habitual, que están aí para traballar polos veciños. Mentira! Estes só están por interese, polo beneficio propio. O que
menos lles importa son os veciños. Esa é a escusa perfecta para seguir chupando do bote: non traballo, non teño responsabilidades, pero sigo cobrando que diso é do que realmente se trata. E outros, agora de repente convértense en especialistas só en temas da administración local, e preferentemente a de Ordes, defendendo o indefendible e intentando lavarlles a cara aos que sen escrúpulos deixaron de lado aos compañeiros e aos votantes. Esta xente non se dá conta de que non hai riqueza máis grande cá de poder pasear pola rúa e non ter que agochar a cabeza ante ninguén. Iso é o máis grande. De todo o demais, as peaxes que teñen que pagar non compensan os números da conta bancaria, porque ao final sempre virá unha xustiza á que non lle poderemos escapar e que agardo sexa implacable.
Os paxariños da Alameda Estaban ou non estaban a mesa e mantel da taberna afoucellada o gran gaivoto e o gaivoto verde? Por que un o nega e o outro sorrí? Son intereses ou son nervios? Ou son nervios e son intereses? Pouca discreción ofrecen esas paraxes, e ben o saben, e menos para falar a escasas xornadas de destinar o parné. Ou querían facerse ver?
Sendo certo, moitos ornitólogos pedirán a xubilación anticipada e outros demandarán a baixa por depresión. E sendo falso, que necesidade ten o vetusto gaivoto desplumado de facer de chivato falso? Ou é que xa lle falla a vista e trabucouse de comensais? Ou foi o tenente das nove rosas o que outra vez intoxicou? Ou ofreceu el o menú?
O desplumado, ao que por certo aínda lle cheiran os azetas, tiña o hábito dos calcos. Pero non tanto como o seu príncipe. Oh, vergoña! Agora xa automatizou o proceso e en menos de 24 horas produce un clon cheo de fallos pero útil para fardar e saír do paso. Desde o averno, ladra o can de garda. Non o sabe, pero ladra en branco e negro.
Das aves que non son pares, que son nones, a nona está destacando por poñer á vista plumas enredadas de todas as cores. Non quere ser azul, xa non pode, e colócase moi cuca en niños verdes, vermellos e nos máis recónditos estrelados, para pasmo das pitas de monte. O nono, en cambio, segue no club dos caladiños. Toda a vida alí.
Cr贸nicas
Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.
Cr贸nicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Tameiga. Peche de edici贸n: 22-06-2017. Dep贸sito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com