Crónicas
leisynegocios@leisynegocios.com
Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 43 - Xullo de 2017
981 10 40 10
A oposición deixa Ordes fóra da área metropolitana coruñesa A pretensión quedou en pretensión. O intento do goberno municipal de Ordes de chegar a formar parte da área metropolitana da Co-
ruña foi vetado pola oposición. Para o executivo, era unha opción estratéxica para o futuro das infraestruturas e de servizos como o trans-
porte. Os demais grupos consideran que iría en detrimento do papel de Ordes como capital comarcal, polo que pediron reforzar a Man-
comunidade. Ademais, consideran que o PP quixo meter o municipio nunha pugna política allea. O goberno fala de Páx. 2 ocasión perdida.
COMARCA
A débeda viva dos Concellos da zona é de seis millóns
Páx. 7
MESÍA
O tanatorio gaña 81 prazas máis para estacionar Páx. 4
ORDES
O pleno pide que non se cobren as taxas do catastrazo Páx. 4
Unha alianza polo emprego A Cámara da Coruña apoia o viveiro de empresas de Cerceda Páx. 10
ORDES
Saen a concurso as obras para o albergue en Poulo Páx. 6
ORDES
O diálogo entre UxO e o BNG descarta a moción de censura
Páx. 2
ECONOMÍA
OROSO
Páx. 10
Ultimato a Fomento para abrir o novo enlace da AP-9
O prezo do leite volve caer por debaixo dos 30 céntimos
Páx. 2
Crónicas - Xullo 2017
2
ACTUALIDADE ORDES Vota en contra de solicitarlle á Xunta o estudo para incluír o municipio
A oposición bloquea a integración na área metropolitana da Coruña No clásico dilema de ser a cabeza dun rato ou o rabo dun león, a oposición de Ordes escolle o primeiro. Quedou de manifesto co seu bloqueo á proposta do goberno municipal para que o municipio forme parte da futura área metropolitana da Coruña. En realidade, o que se votou no pleno non era nin sequera iso, posto que a área é aínda un proxecto a medio cocer. O que se votou foi solicitarlle á Xunta que estudase a inclusión de Ordes nos trámites para a creación da área. O organismo servirá para que Concellos con vínculos sociais e económicos coordinen a prestación de servizos de interese común. Aos distintos grupos da oposición parécelles que tal paso suporía diluír o peso de Ordes como cabeceira de comarca. Cren que é mellor potenciar este papel para aglutinar servizos como territorio intermedio entre A Coruña e Santiago. De aí que defendesen un maior desenvolvemento da Mancomunidade, aínda que a proposta do executivo non é excluínte con respecto á entidade supramunicipal actual.
ÚLTIMA HORA
Oroso empraza a Fomento a non demorar máis a apertura do novo enlace sur da AP-9 Oroso quere que a apertura do novo enlace sur da AP-9 en Sigüeiro non tarde máis. As obras levan varias semanas rematadas e o alcalde, Manuel Mirás, emprazou ao Ministerio de Fomento a tomar as medidas precisas para que a infraestrutura entre en servizo. Mirás defendeu a “lealdade” do Concello neste caso, que xa se aproxima aos dous anos de demora total, e contrapúxoa ao que considera “unha man negra” que impide ter xa o novo acceso funcionando. Segundo el, “todo volve estar parado por mor dun novo problema entre funcionarios do Ministerio de Fomento”. Por iso, reclamou unha solución inmediata e deixa caer que o Concello tomará “as medidas que se estimen oportunas” para conseguir a apertura do enlace. Non precisou cales serían, pero si mencionou que hai veciños que lle propoñen desde unha concentración de protesta ata organizar unha caravana para entrar todos no enlace e abrilo de facto.
A decisión do pleno impide avanzar na hipotética entrada na área metropolitana
Silvia Marín (UxO) sintetizou en que “esta non é a nosa guerra” e cuestionou que o PP coruñés rexeitase nun principio a área metropolitana por intereses partidarios, para que a Xunta tomase despois a iniciativa. Acusou ao PP de non crer en Ordes como capital de comarca. Gonzalo Veiras (BNG) afirmou que o concepto de área metropolitana non é tan acaído para Ordes como o de comarca e defendeu o seu peso
como referente para os municipios colindantes fronte á escasa relación coa área coruñesa. A non adscrita Beatriz Martínez pediu valorar “os custos que suporía para o Concello” e incidiu en que Ordes carece de moita relación con municipios como Bergondo, Cambre, Culleredo ou Oleiros. O único edil do PSOE, Alejandro Manteiga, sementou dúbidas sobre o xeito en que continuarían ser-
OPORTUNIDADE PERDIDA O goberno, en cambio, exhibiu un informe da Secretaría municipal que avala como idónea a integración de Ordes na área coruñesa. Cítanse dous aspectos esenciais nos que tería utilidade: a coordinación do transporte de viaxeiros e as infraestruturas. Os técnicos municipais deixan tamén claro que o Concello seguiría tendo garantido o mantemento das súas competencias propias, sen que necesariamente supoña o empeoramento de ningún servizo. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, dubidou de que a oposición lese o informe técnico e advertiu de que a negativa a formar parte da área coruñesa suporá “perder a oportunidade de beneficiarnos de importantes axudas económicas, como poden ser os fondos europeos”. E tamén fixo ver que Ordes corre o risco de quedar illado “se Cerceda se adhire á área da Coruña e Oroso reafirma o seu crecemento na de Santiago”. Suliñou que a integración “non tería ningún custo e moitos beneficios”. Lamentou que se estrague esta oportunidade e indicou que lle gustaría entrar tamén na área de Santiago, algo difícil porque xa está asentada.
FRADES
ORDES
UxO e BNG tantéanse mentres corre o prazo para presentar unha moción de censura A posibilidade de que a oposición ordense presente unha moción de censura semella tan lonxana como fai un ano. Así queda de manifesto tras a reunión de integrantes de UxO e o BNG local. O encontro creou moita expectación pero non se materializou en accións concretas, á vez que pasa o prazo dun mes para presentar unha candidatura alternativa, logo de que fracasara a cuestión de confianza vinculada aos orzamentos presentada polo goberno. UxO, a formación política do exalcalde Manuel Regos, manifesta que é “lóxico e normal” que as forzas da oposición senten a falar de asuntos de interese xeral “ante a situación de ingobernabilidade deste Concello, que ten un goberno en clara minoría, ao que ademais acusan de crear “inestabilidade” pola súa “falta de diálogo e negociación”.
vizos mancomunados ou a adscrición do Punto de Atención Continuada, os xulgados ou o rexistro.
Desde o BNG, o seu portavoz, Pablo Vidal, confirma que UxO suxeriu de novo a posibilidade dunha moción de censura, que tería unha aritmética moi axustada. Os nacionalistas advirten de que manteñen intacto o seu posicionamento. É dicir, calquera inicio de diálogo pasa pola dimisión de Manuel Regos, Silvia Marín e Roberto González. “Se non o fixeron neste tempo, pouca disposición hai”, afirma Vidal. É máis, o Bloque cre que no ecuador do mandato xa se debe pensar máis nas vindeiras eleccións que nunha moción de censura. Pablo Vidal avisa de que o seu principal propósito é conseguir un goberno alternativo de cambio para 2019, para o que compromete “seguir traballando arreo para quitar de Ordes a dereita que nos leva gobernando desde 1987 camuflada en diversas siglas”.
Aproban o proxecto técnico dunha ponte no Maruzo, que custeará un plan específico O pleno de Frades aprobou por unanimidade, cos votos a favor do PP e do BNG, o proxecto técnico para construír unha ponte sobre o río Maruzo, en Augas Santas. A intención municipal é que a iniciativa sexa incluída no plan de infraestruturas rurais que xestiona a Xunta. Estímase que as obras custarían uns 80.000 euros. Na actualidade, o paso sobre o río consiste nunha tubaxe de aceiro que presenta mal estado e fai necesaria a súa sustitución. O proxecto contempla instalar unha infraestrutura prefabricada, que serviría para pasar de cinco a oito metros de anchura. A ponte precisará colocar muros de acompañamento para evitar incidencias do terreo e tamén se prevé o asfaltado posterior do vial afectado, a colocación dunha varanda metálica de protección e seguridade, e a plantación de árbores na zona de influencia do cauce, que forma parte do Lugar de Importancia Comunitaria (LIC) Río Tambre.
Crรณnicas - Xullo 2017
3
PUBLICIDADE
4
Crónicas - Xullo 2017
ACTUALIDADE COMARCA
ORDES Investimento de máis de 153.000 euros dentro dun plan provincial
A Deputación promoverá este outono o Camiño Inglés na FairWay de Santiago
Amplían o aparcadoiro do tanatorio do Valado ata superar as duascentas prazas
Desde a esq.: Leira, Regueira e Mirás
A Deputación promoverá o Camiño Inglés na feira FairWay deste outono en Santiago e noutras feiras turísticas nas que a entidade provincial participa ao longo do ano. É un dos compromisos dos deputados provinciais Xosé Regueira e Antonio Leira na súa reunión con Manuel Mirás, alcalde de Oroso e presidente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés. A asociación vai canalizar as demandas municipais sobre o Camiño ante a Deputación, que terá a Leira como representante nas reunións da entidade con voz e sen voto. Á Xunta vanlle propoñer unha participación semellante.
Algúns expedientes asignan bens que nin sequera pertencen ao contribuínte Entre os erros máis frecuentes nas cartas remitidas polo Catastro, dependente do Ministerio de Hacienda, figura que se asignan parcelas ou construcións a persoas que non son propietarias de tales bens. Tamén aparecen usos que non se catalogaron correctamente, coeficientes de antigüidade mal aplicados, e alusións a reformas que non se fixeron ou que non implican alteracións. Mesmo se chegan a dar de alta edificacións aínda en obra, segundo o BNG. Na exposición da moción do Bloque déixase patente o desconcerto xerado entre a poboación, que na maior parte dos casos “non entende nin sabe o que lle están a aplicar”. Como mostra da situación xerada, mencionan as ringleiras de persoas formadas na procura de información e asesoramento na Casa do Concello, ante o servizo técnico específico habilitado temporalmente pola Administración local.
As obras acometidas nas últimas semanas na contorna do tanatorio municipal do Valado, en Ordes, permiten que teña agora 207 prazas para estacionar, 81 máis que antes. A superficie do aparcadoiro pasou de 4.600 a 6.850 metros cadrados, posto que se ocupou a zona verde anexa. O proxecto supuxo un investimento de algo máis de 153.000 euros, dos que uns 123.000 proceden do Plan de Aforro e Investimentos (PAI) da Deputación da Coruña. Ademais do aparcadoiro, acometéronse melloras nos accesos ao tanatorio, tanto no que enlaza coa estrada que vai a Carballo como o vial que leva ao Punto Limpo. Coa habilitación dunha saída auxiliar, agárdase facilitar a fluidez na circulación, que en momentos puntuais, na coincidencia de máis dun deceso ou na marcha dun corpo cara ao funeral, pode chegar a saturarse. DRENAXE E ILUMINACIÓN Outras accións acometidas no proxecto foron a instalación dun sis-
O espazo do aparcadoiro pasa de 4.600 a 6.850 metros cadrados
tema de drenaxe para evitar problemas xerados pola auga da chuvia. Do mesmo xeito, o sistema de iluminación quedou preparado para unha futura ampliación. Instaláronse 290 metros de rede, na que se recolocaron as luminarias que había aten-
dendo ás necesidades da nova distribución da zona. Finalmente, outro dos novos equipamentos previstos no proxecto é a preinstalación dun sistema de rego automático para as xardineiras situadas na área.
ORDES O municipio suma xa máis de 3.000 casos de regularización catastral
O pleno pide que non se cobren as taxas dos expedientes do “catastrazo” Máis tempo para poder alegar e a exención de pagamento da taxa de 60 euros por expediente, coa devolución nos casos nos que xa se pagou. Son as principais peticións do pleno municipal de Ordes, por unanimidade, ante o proceso de regularización de bens emprendido polo Catastro no municipio e que xa supera os 3.000 casos. A iniciativa partiu do BNG, que reclamaba máis tempo de persoal técnico no Concello para atender ás persoas que necesitasen informarse e presentar alegacións, así como unha prórroga do prazo ofrecido pola xerencia rexional do Catastro para presentar as reclamacións. A raíz do debate, ao acordo final sumouselle un rexeitamento formal da corporación á reforma catastral, mediante unha emenda de Unión por Ordes (UxO). Foi o goberno ordense o que incorporou a petición para eximir da taxa de 60 euros por expediente e a devolución do diñeiro nos casos en que xa se aplicase. Por proposta do PP, o acordo final
O proceso afecta máis que nada a inmobles alterados ou de nova edificación
demándalle ao Catastro que inclúa a cartografía actualizada das segundas fases de concentración parcelaria en Beán, Pereira, Mercurín, Lesta e Parada, de maneira que a ninguén lle cheguen notificacións por bens que xa non son seus.
Pese ao acordo unánime, o Bloque aproveitou para acusar ao goberno de Ordes de “nula previsión” ante esta situación, ao coñecer cando menos desde febreiro de 2016 que se efectuaría a regularización catastral no municipio, un segundo “catastrazo” despois da actualización de valores de 2013. Os nacionalistas expresan que unha xestión a tempo tería facilitado que se pague unicamente a contribución que corresponda, evitando os erros dos expedientes. Os socialistas estimaron en case 200.000 euros os ingresos polas taxas dos expedientes, a razón de 60 por cada un dos 3.200 procesos. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, recoñeceu a súa “sorpresa” pola cantidade de expedientes abertos. O Bloque explica que despois da regularización, con diversos erros en numerosos expedientes, Hacienda cobrará cunha retroactividade de ata catro anos o IBI que lles corresponda aos bens afectados aplicando o novo valor catastral.
Crรณnicas - Xullo 2017
5
PUBLICIDADE
Crónicas - Xullo 2017
6
ACTUALIDADE OROSO
ORDES Rehabilitarán a antiga rectoral para acoller peregrinos do Camiño Inglés
Sae a concurso a xestión do punto de reciclaxe por 252.000 euros durante tres anos
Turismo de Galicia licita o albergue de Poulo por 537.000 euros
As empresas interesadas en facerse coa xestión do punto de reciclaxe de residuos do Concello de Oroso poden presentar propostas ata este 26 de xullo. A xestión deste servizo foi licitada por un importe duns 252.000 euros durante tres anos. As instalacións están situadas no polígono de Oroso Pequeno (Sigüeiro) e xa están preparadas para o seu funcionamento, despois de resolverse o conflicto de varios meses entre o Concello e Fenosa para a conexión eléctrica. O punto recollerá residuos que non deben depositarse nos contedores habituais, tales como pilas, disolventes, electrodomésticos, aerosois, baterías, papel e cartón, vidro, envases ou téxtil. Está habilitada tamén unha zona para trasladar plásticos agrícolas e entullos de obras particulares. Co funcionamento deste servizo, quedará sen uso a parcela que o Concello tiña habilitada preto do Carboeiro para depósito.
desde que se levante a acta de comprobación de implantación. A presentación de propostas ante Turismo de Galicia está aberta ata o 7 de agosto. Non admite variacións sobre o proxecto e resultará adxudicataria a proposta máis vantaxosa de acordo cunha serie de criterios que figuran no prego, non só os económicos.
O proxecto intervirá no inmoble, no seu terreo e no vial contiguo
Novo paso para que o Camiño Inglés conte cun albergue público en Poulo (Ordes), que será o único de tales características desde o existente en Hospital de Bruma (Mesía) ata Santiago. A Axencia Turismo de Galicia licitou a súa construción por un importe de 537.000 euros, que quedan nuns 444.000 euros sen o IVE. O proxecto levaba varios anos
sendo demandando polo Concello. Consistirá en rehabilitar a antiga rectoral da parroquia, situada no Outeiro e sen uso, para acondicionar os seus espazos como albergue. A intervención contempla tamén melloras no vial anexo. O prazo máximo de que disporá a empresa que gañe o concurso para acometer as obras é de seis meses
CESIÓN POR TRINTA ANOS En abril do ano pasado, o Concello e o Arcebispado de Santiago asinaran un convenio para que a Administración local obtivese a cesión de uso gratuíto da rectoral de Poulo durante trinta anos. O acordo refírese tanto ao inmoble, duns 180 metros cadrados, como aos terreos que o rodean, uns 5.500 metros cadrados de superficie. O compromiso do Concello era recuperar o edificio antes de cinco anos e asumir a xestión do albergue. Tras coñecer a licitación, o PSOE de Ordes amosou a súa satisfacción pero á vez acusou ao PP de “encarecer as obras” a causa dos “retrasos” na tramitación do proxecto.
ORDES
OROSO
OROSO
A aplicación do Concello para móbiles supera as mil descargas e Google acredita o seu interese
O PP reclama arranxar as “deficiencias” da obra na 3801
As asociacións poden solicitar ata o 12 de agosto as axudas convocadas polo Concello
A aplicación para teléfonos móbiles lanzada polo Concello de Ordes hai aproximadamente medio ano supera xa as mil descargas, tanto para o sistema Android como para o IOS. Segundo difundiu o propio Concello, o seu interese está acreditado no posicionamento que lle outorga o buscador Google Play, onde só ten por diante a app do Concello da Coruña entre as comparables. Esta ferramenta, que contou con financiación da Deputación da Coruña, destaca pola súa facilidade de manexo e por un deseño sinxelo e á vez atractivo. Permite que as persoas que a utilizan comuniquen incidencias, mesmo con fotografías e xeolocalización, ademais de efectuar consultas sobre cuestións municipais e recibir avisos e noticias. Directorios telefónicos de servizos públicos e espazos de interese, unha axenda de actividades, horarios de transporte, necrolóxicas ou farmacias de garda son algunhas das informacións e contidos que ofrece a app.
O Partido Popular de Oroso reclama que o Concello “arranxe canto antes” as “deficiencias importantes” que se aprezan en obras recentes na estrada DP3801, executadas dentro do Plan de Obras e Servizos (POS) que financia a Deputación da Coruña. Tal como expón o principal grupo da oposición, nun tramo duns 300 metros do vial o desaugadoiro non foi debidamente soterrado e quedaron uns ocos de máis de 30 cm “bastante perigosos para o tráfico rodado no caso dunha saída de vía”. A formación que lidera Alexander Doval sinala tamén que o proxecto, segundo o PP xa recibido polo goberno municipal, deixou varios postes do tendido eléctrico na nova senda peonil, ás veces incompatibles co paso de cadeiras de rodas ou de carros de bebés. Doval asegura que “estamos falando dun proxecto novo e consideramos que non pode presen-
Poste no medio da nova senda
tar deficiencias tan graves que dificultan a mobilidade dos veciños da zona”. Por iso, o PP de Oroso empraza ao Concello a destinar unha partida económica para solucionar os problemas.
As asociacións de participación cidadá e as organizacións educativas, os clubs e escolas deportivas e as entidades de asistencia social e voluntarios de Protección Civil poden solicitar as subvencións convocadas polo Concello de Oroso ata o 12 de agosto. Unha das condicións é que sexan entidades que desenvolven a súa actividade no municipio, de maneira que tamén figura a Fundación Amigos de Galicia como posible beneficiaria, ao ser a entidade que se encarga da entrega de alimentos ás familias que o precisen. As peticións deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello. Entre a documentación que se require, figura un programa detallado da actividade ou servizo para o que se solicita a subvención, incluído un orzamento desglosado. A convocatoria municipal exclúe como subvencionables gastos correntes como telefonía, alugueres, mantementos, limpeza, materiais de oficina, impostos ou gastos en comidas e banquetes.
Crónicas - Xullo 2017
7
PUBLICIDADE COMARCA
ORDES
COMARCA
Detidos polos atracos nun establecemento hosteleiro de Sigüeiro e nun estanco de Ordes
Catro Concellos da comarca suman unha débeda viva de case seis millóns de euros
Unha rúa levará o nome do ordense Gerardo Abad Conde, ministro da Mariña na II República
A Policía Xudicial e a Garda Civil de Ordes detiveron a finais de xuño os presuntos autores de delitos de roubo con intimidación mediante o uso de arma branca nun establecemento hosteleiro de Sigüeiro (Oroso) e nun estanco de Ordes. O atraco en Oroso tivera lugar a mediados de maio. O home, de entre 35 e 40 anos, ameazou o encargado do local cun coitelo de 35 centímetros e rematou arrancando a caixa rexistradora con 400 euros. Uns días despois, outro asaltante utilizou o mesmo método no estanco ordense, facéndose con 250 euros. Nos dous casos, o xulgado decretou prisión comunicada e sen fianza. Foron enviados ao penal de Teixeiro. Por outra parte, tamén foi detido a finais de xuño un veciño de Santiago como suposto autor doutro delito de roubo con forza no interior dunha vivenda da Ulloa, en Sigüeiro. Os feitos producíranse a comezos de xuño. O detido, segundo a Garda Civil, forzou a porta de acceso e fíxose con varios obxectos e xoias.
Catro Concellos da comarca ordense manteñen unha débeda viva que en conxunto suma 5.972.000 euros. Son os de Cerceda, Ordes, Oroso e Tordoia, posto que Frades, Mesía e Trazo teñen este indicador a cero. Os datos foron publicados hai uns días polo Ministerio de Hacienda e están actualizados a finais de 2016. Como débeda viva computan os créditos pendentes de pagamento, polo que é unha débeda financeira que non conta a comercial nin préstamos da Administración Central. Dos que teñen débeda viva na contorna, Cerceda é o Concello cunha menor contía. Son 279.000 euros, o que equival a 55 euros por habitante. Séguelle Oroso, con 491.000 euros de débeda viva e unha proporción de 66 euros por habitante. En Tordoia, a débeda viva é de 1.793.000 euros, o que supón 494 euros por persoa.
Unha rúa de Ordes, presumiblemente de nova creación ou sen nominar, recibirá o nome de Gerardo Abad Conde. Avogado e político nacido no municipio en 1881, foi ministro da Mariña na Segunda República. Foi asasinado en Madrid en setembro de 1936, poucas semanas despois do golpe de estado franquista. A petición de dedicarlle unha rúa partiu do PSOE ordense e foi aceptada polo alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo. Na traxectoria vital de Abad Conde, destaca que foi catedrático de lexislación mercantil e marítima e director da Escola Náutica da Coruña. Como político, foi concelleiro na Coruña e alcalde entre 1918 e 1919. En 1930 foi un dos partícipes do Pacto de Lestrove, que promovía a República e o Estatuto de Autonomía para Galicia. Do pleno ordense, tamén por iniciativa socialista, saíu tamén o compromiso de colocar unha placa conmemorativa do irmandamento do Ordes con Veracruz (México). Está previsto para o 6 de outubro.
DÉBEDA VIVA (pér capita) CERCEDA FRADES MESÍA ORDES OROSO TORDOIA TRAZO
279.000 € (55) 0 (0) 0 (0) 3.463.000 € (273) 491.000 € (66) 1.739.000 € (494) 0 (0)
Fonte: Ministerio de Hacienda.
En termos relativos, é o municipio da zona que máis debe. Non obstante, o maior importe absoluto rexístrase na capital da comarca, con 3.463.000 euros, o que dá 273 euro por veciño ou veciña. En xeral, a evolución das finanzas locais en España é positiva. Case a metade dos Concellos non ten débeda viva e no seu conxunto presentan superávit, algo que non sucede nin nas administracións autonómicas nin na estatal.
Crónicas - Xullo 2017
8
ACTUALIDADE FRADES
ORDES Reducen a produción de residuos orgánicos e producen materia fertilizante
O Concello paga 6.000 euros en gastos de doce comisións de festas mediante convenios
Entregan 65 novos composteiros na campaña do Concello e de Sogama
O Concello de Frades asinou convenios de colaboración con doce asociacións veciñais e comisións de festas, que implican destinar 6.000 euros municipais a gastos como alugueres de carpas, pirotecnia, electricidade ou actuacións musicais de festas. Cada unha das entidades recibe 500 euros para ese tipo de gastos. Como comisións de festas, reciben diñeiro as de Céltigos (Augasantas), Mesos (Santa Margarita) e Ledoira (O Carme). Obteñen tamén os cartos a asociación cultural de Añá (San Paio), Os Pasos de Aiazo (San Pedro), San Xoán de Vitre (San Xoán) e Rexente da Pontecarreira (Santa Mariña e o Rosario). Como asociacións veciñais, asinaron cadenaseu convenio as entidades Os Labregos de Abellá (Corpus e Carme), San Martiño de Frades (San Miguel, Santa Mariña e O Rosario), Río Maruzo (O Carme e San Roque), Río Samo de Galegos (O Carme), e Santa María de Papucín (Santa Cruz).
A campaña de compostaxe que promoven en conxunto o Concello de Ordes máis Sogama entregou unha nova tanda de composteiros. Nesta ocasión foron 65, de maneira que desde finais de 2015 suman máis de 110 unidades distribuídas entre os veciños e veciñas interesados en participar na iniciativa. Os elementos, de 350 litros de capacidade, permiten acumular residuos orgánicos para a súa transformación en compost. Deste xeito, conséguese reducir a produción de residuos en orixe e a obtención dun fertilizante de boas cualidades para a súa utilización na horta ou en xardinería. A nivel económico, a compostaxe facilita varios aforros. O máis significativo é o de reducir a factura polo transporte e tratamento do lixo, ao ter que carrexar un peso menor. Ambientalmente, destaca a redución das emisións de CO2 e o aproveitamento dos residuos cun proceso natural. A concelleira de Medio Ambiente de Ordes, Ana Soneira, encargouse
A concelleira Ana Soneira participou no acto de entrega dos 65 novos composteiros
da entrega dos composteiros ás familias que xa dispoñen deles. No acto explicouse o procedemento para elaborar compost de maneira axeitada, para o que contan con asesoramento. Ademais, informouse de que na páxina web www.compos-
taconsogama.gal está dispoñible diverso material didáctico, como vídeos divulgativos ou incluso xogos escolares, nos que se explica o proceso e incluso se detalla como fabricar composteiros propios reutilizando diversos materiais.
FRADES
TRAZO
Unha avaría no bombeo deixa zonas sen auga unhas horas
A oposición observa falta de contido nos plenos municipais
Parte do municipio de Frades pasou varias horas, a finais do mes de xuño, sen o servizo municipal de abastecemento de auga potable debido a unha avaría na infraestrutura de bombeo. As principais queixas rexistráronse na parroquia de Gafoi e en zonas próximas, con usuarios alarmados polo mal aspecto que presentaba a auga ao saír pola billa. Presentaba unha cor de terra e moitas partículas, se ben non aprezaron ningún cheiro desagradable. O incidente produciuse antes de dúas xornadas de chuvias débiles, polo que tampouco era relacionable coa meteoroloxía. Ademais, observaron unha considerable falta de presión que despois se traduciría na interrupción do servizo. O alcalde de Frades, Roberto Rey, explicou que a avaría da bomba que move a auga desde o punto de captación fixo que o depósito da Pontecarreira se balei-
A oposición de Trazo volve cuestionar a actividade do goberno do PP. Os socialistas acúsano de deixar sen contido os plenos e o BNG incide nos atrancos que, na súa opinión, o executivo de José Dafonte pon ao labor dos demais grupos. Para a portavoz do PSOE, Beatriz Domínguez, a mostra de que non hai contido nos plenos trimestrais está na propia orde do día da sesión de finais de xuño: aprobar a acta anterior, dar conta dos decretos da Alcaldía, e rogos e preguntas. “E para colmo, o señor Dafonte nin sequera responde ás nosas preguntas”, afirma Domínguez. Ademais de deixar sen contido os plenos, os socialistas critican que os escritos que presentan sobre cuestións de interese veciñal “non son tidos en consideración”. “Como é posible que a 23 de xuño o alcalde diga que non sabe se se solicitou ou non a creación dunha brigada de incendios”, enfatiza a portavoz do PSOE. Con estas consideracións, os
Aspecto que presentaba a auga na billa dunha vivenda de Gafoi despois do incidente no servizo público
rase, de maneira que non foi posible darlle unha solución ata varias horas despois para conseguir restablecer e normalizar as condicións habituais nas que se presta o servizo público.
socialistas mesmo piden a dimisión do alcalde ao velo “caduco, agotado e sen proxecto”. Demandan que outro concelleiro do PP asuma o cargo, xa que “sabemos que están moito máis capacitados ca el”, aseguran. Na mesma liña, o BNG de Trazo lamentou que o PP nin sequera aceptase incluír na orde do día tres das propostas que presentaron: sobre o recorte dun 60% nos orzamentos para reparar camiños rurais, sobre as medidas presentadas pola CIG a nivel comarcal para xerar emprego e reactivar a economía en sectores clave, e sobre as “descoordinacións” e falta de servizo ocasionais no Punto de Atención Continuada de Ordes. O Bloque considera que o PP de Trazo se sitúa “á cabeza en caciquismo” cando alega que en tres días non ten tempo para ler as propostas da oposición e sen embargo á oposición déixalle aínda menos marxe para estudar documentos de envargadura como o Plan Xeral.
Crónicas - Xullo 2017
9
ACTUALIDADE COMARCA Seis meses de prazo para a elaboración do documento técnico
FRADES
A Deputación pagará a posta ao día do proxecto de Vía Verde Cerceda-Santiago
Inauguran unha piscina infantil pública, que precisou investir uns 40.000 euros
Novo paso adiante para a futura Vía Verde entre Cerceda e Santiago, despois de varios anos de parálise. Esta vez é a Deputación da Coruña a que se compromete a financiar a actualización do proxecto técnico da iniciativa. Tal como anunciou o seu presidente, Valentín González Formoso, destinarán 40.000 euros para elaborar o documento. O prazo é de seis meses, polo que debería estar rematado como moi tarde a principios de 2018. Foi o principal avance dun encontro do presidente provincial con representantes dos Concellos nos que se acondicionará o antigo trazado ferroviario para usos lúdicos: o alcalde de Cerceda, José García Liñares; Inés Santos, concelleira en Tordoia; o alcalde ordense, José Luis Martínez Sanjurjo; o alcalde de Oroso, Manuel Mirás; e Xan Duro, concelleiro de Santiago. A posta ao día do proxecto faise necesaria por mor do tempo que pasou desde que comezou a xestarse a iniciativa, hai máis dunha década, e
A nova piscina está a carón da antiga
Reunión do presidente da Deputación cos Concellos polos que pasará a Vía Verde
pola ampliación da Vía Verde aos municipios de Tordoia e de Cerceda. Agora terá unha lonxitude de 36,5 quilómetros, dos que 13 corresponden a Santiago, 7,2 a Oroso 8,3 a Ordes, 2,5 a Tordoia e 5,5 a Cerceda. No trazado hai sete túneles e tres viadutos e conta con sete vellas estacións e apeadoiros na Sionlla, en Berdía, en Oroso-Vilacide, en Garga-Tras-
monte, en Ordes-A Pontraga, en Gorgullos e en Queixas-Londoño. Recentemente, os Concellos ratificaron un acordo para solicitarlle formalmente a cesión dos terreos ao ADIF, nun compromiso obtido por Santiago. E na primavera asinaron o acordo marco coa Fundación de Ferrocarrís Españois, propietaria da marca rexistrada Vía Verde.
A tempada de verán en Frades presenta como novidade a nova piscina infantil, situada a carón da municipal en Papucín. A habilitación do novo vaso custou uns 40.000 euros, dos que uns 26.000 foron achegados pola Xunta cun programa de fondos europeos. As obras incluíron a renovación do peche perimetral, a creación dun acceso diferenciado para a nova piscina e a posta ao día do sistema de cloración. Na inauguración, ademais de integrantes do goberno local, participou o delegado provincial da Xunta, Ovidio Rodeiro.
Crónicas - Xullo 2017
10
ECONOMÍA E TRABALLO OROSO
CERCEDA A Fundación Incyde ofrecerá programas formativos de autoemprego
Condena a Transportes Calviño por vulnerar dereitos fundamentais dun sindicalista
A Cámara de Comercio da Coruña dinamizará o viveiro de empresas
A empresa Transportes José María Calviño Bascoy, de Deixebre (Oroso), foi condenada polo xulgado social da Coruña “por vulneración de dereitos fundamentais dun delegado da CIG”, segundo asegura a central sindical. A compañía, que traballa para Chep España na recollida e reparto de palets industriais, someteu a “presións e represalias aos seus traballadores” desde que se celebraron eleccións sindicais. Cando menos é o que, segundo a CIG, confirma a sentencia. O sindicato sinala que tal práctica viuse ás claras co delegado de persoal, ao que lle teñen que repoñer o posto de traballo, o vehículo que conducía habitualmente e pagarlle 6.251 euros por danos morais. O conflicto ten parte da súa orixe no “horario abusivo e polo abono de dietas”, sen que a empresa negociase e optase por presionar e ameazar co peche, como se considera probado que fixo a empresaria, Cristina Calviño.
A Cámara de Comercio da Coruña vaise encargar de dinamizar o viveiro de empresa de Cerceda, situado no polígono do Acevedo. Ademais de promovelo, a entidade ofrecerá apoio e asistencia técnica aos proxectos que se desenvolvan no viveiro con tarefas como análises de viabilidade, mentorización ou formación a medida. É o principal contido dun acordo de colaboración asinado entre o presidente da Cámara, Antonio Couceiro, e o alcalde de Cerceda, José García Liñares. As empresas que formen parte da incubadora terán á súa disposición tamén servizos e programas da Cámara que lles poden resultar de utilidade, como asesoramento sobre axudas e subvencións, consello xurídico e mercantil, liñas de financiamento ou bases de datos. A Cámara destaca a súa experiencia en viveiros de empresas, para os que dispón dun equipo de profesionais especializado. Un deles é o de Bértoa, en Carballo, no que desde
O presidente da Cámara e o alcalde asinaron os acordos de colaboración
2007 se lanzaron máis de cincuenta proxectos emprendedores. PROGRAMAS DE AUTOEMPREGO Noutro acordo entre o Concello e a Cámara, contémplase desenvol-
LEITE A central leiteira de Teixeiro será cinco veces máis pequena do anunciado
A cotización do leite galego volve baixar dos 30 céntimos por litro Novo traspés para os prezos do leite en orixe, indicador fundamental para a evolución da economía da comarca. As cotizacións en Galicia volven baixar, no seu promedio, dos 30 céntimos. Quedan xusto ás portas, a 29,9 céntimos por litro, o peor valor de toda España (31,2 céntimos). Desde hai uns dez anos, Galicia non dá consolidado un prezo superior á media española. As organizacións do sector non dubidan en relacionar esta evolución con que Galicia encabece o peche de explotacións. A Federación Rural Galega (FRUGA) explica que a situación galega contrasta con autonomías como “Cataluña, onde aumenta o número de granxas que se adican á produción de leite”. Por iso, lanzan un toque de atención ao goberno. Cren que as políticas da actual Xunta son “totalmente contrarias aos intereses do sector leiteiro galego” por limitar as posibilidades de negociar prezos. “As empresas lácteas poden facer o que realmente queiran, limitando produción nas ex-
tervención fronte aos abusos das centrais leiteiras”. O esforzo que aprezan na fusión de cooperativas agrogandeiras, ao que non se opoñen, será inútil se non serve para conseguir “que o leite galego teña uns prezos que permitan cubrir os custos de produción” e facer rendibles as granxas, advirte a FRUGA nun comunicado.
Dous anos despois das tractoradas, o sector leiteiro segue sen superar a crise
plotacións, empregando parámetros de calidade en función dos seus intereses”, manifesta a FRUGA. O resultado, tal como conclúen, é que as industrias teñen a Galicia como “un lugar para comprar leite barato, sen que por parte da Administración se vexa ningún tipo de in-
DE CENTRAL A CENTRALIÑA Esta federación apreza demasiada “propaganda” na xestión da Consellería de Medio Rural. Un dos exemplos máis recentes é o sucedido co proxecto de central leiteira previsto en Teixeiro (Curtis). Na precampaña electoral das autonómicas en 2016, foi anunciada “por todo o alto”, cun investimento de 70 millóns de euros e unha recollida de 400.000 toneladas de leite ao ano. A tramitación do proxecto desvela que polo momento o investimento será de 18,5 millóns de euros e a recollida desta industria quedará en 70.000 toneladas anuais.
ver dous programas de autoemprego e consolidación empresarial da Fundación Incyde, un este mesmo ano e outro no vindeiro 2018. Os programas compleméntanse con xornadas e obradoiros orientados a favorecer o éxito empresarial.
PREZOS DO LEITE
MAIO / ABRIL (€/litro) Galicia Andalucía Aragón Asturias Baleares Canarias Cantabria Castela-A Mancha Castela e León Cataluña Extremadura Madrid Murcia Navarra Euskadi A Rioxa Valencia ESPAÑA
0,299 0,323 0,303 0,332 0,302 0,449 0,309 0,326 0,317 0,316 0,313 0,320 0,307 0,312 0,344 0,316 0,323 0,312
0,300 0,326 0,302 0,334 0,302 0,451 0,311 0,327 0,318 0,307 0,317 0,320 0,308 0,315 0,346 0,326 0,326 0,313
MEDIAS ESPAÑA MAIO 2013 0,337 2014 0,365 2015 0,306 2016 0,292 2017 0,312
PRODUCIÓN MAIO 2016
2017
Galicia 231.119 tn 234.030 tn España 608.773 tn 625.085 tn Fonte: FEGA (03-07-2017)
Crรณnicas - Xullo 2017
11
PUBLICIDADE
Crónicas - Xullo 2017
12
ECONOMÍA E TRABALLO ORDES
A declaración de Interese Turístico para o Lacón con Grelos pedirase a partir do ano que vén O Concello de Ordes prevé solicitar a declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia para a Festa do Lacón con Grelos do Mesón do Vento. No pleno, aprobouse unha moción presentada por Beatriz Martínez, concelleira non adscrita que concorreu ás eleccións polo PP, para que a petición se tramite ante a Xunta. Non obstante, o goberno municipal precisou que o expediente non se poderá comezar ata o ano que vén, en concreto a partir de abril. A razón é que unha das condicións básicas, determinantes e ineludibles para poder obter a declaración é que a festa teña unha antigüidade mínima constatable de vinte anos. As dúas décadas de Festa do Lacón con Grelos cúmprense precisamente en 2018. O Departamento de Cultura municipal xa contactara coa Xunta en 2016 por esta cuestión, segundo o goberno, máis os trámites non poden avanzar ao non cumprir de momento o requisito de antigüidade.
MESÍA
ORDES
As medidas de activación económica propostas pola CIG non acadan a unanimidade O grupo de medidas de reactivación económica e xeración de emprego propostas polo sindicato CIG non obtiveron o respaldo unánime da corporación de Ordes, ao votar o PP en contra da proposta, trasladada polo BNG ao pleno. As iniciativas sindicais refírense a sectores de relevancia na comarca como o téxtil, o comercial, o turístico, o forestal ou o agrogandeiro. Reclaman accións como suprimir as axudas á deslocalización de empresas, promover a moda galega, contratar con empresas afincadas aquí os vestiarios do persoal das empresas públicas, acometer plans de desenvolvemento industrial e de apoio aos sectores agrogandeiro e forestal. Tamén emprazaban a derogar as últimas reformas laborais, reducir a xornada laboral a 35 horas á semana ou incrementar o salario mínimo interprofesional.
O PP argumentou o voto en contra por ser unha “batería de medidas para cambiar o sistema liberal que tanto nas eleccións autonómicas como nas xerais escolleron os cidadáns, e que nós non temos posibilidade de mudar dende o ámbito municipal”, tal como expresou a concelleira Susana García. Non obstante, a representante do goberno precisou que manteñen a súa “preocupación” por sectores como o téxtil e a situación que atravesan os seus traballadores e traballadoras. Nese sentido, mencionou os plans estratéxicos propostos pola Xunta e as reunións de traballo mantidas entre a Administración, empresas, acreedores e traballadoras, con asistencia do alcalde. Tamén citou o traballo de apoio efectuado desde a Oficina de Fomento do Cooperativismo pertencente á Mancomunidade de Ordes.
A Casa Grande de Xanceda recibe un dos premios RSE Galicia
Entrega dos premios RSE Galicia
A empresa Casa Grande de Xanceda, de Mesía, recibiu un dos premios RSE Galicia 2016 como recoñecemento ao seu traballo no eido da responsabilidade social. A distinción, concedida pola Consellería de Economía e Industria na categoría de pequena empresa, fai mención expresa do labor da granxa ecolóxica “no ámbito social, pola formación continua, a procura da igualdade de oportunidades e os programas de emprendemento para loitar contra o despoboamento do rural galego”. Nas distintas categorías, foron galardoadas doce empresas radicadas en Galicia, entre elas Abanca, PSA Peugeot-Citröen ou Caeiro Renault.
OROSO
ORDES
O Restaurante Mirás gaña o certame ‘De tapa en tapa’
Cincuenta tapas competiron no concurso ‘De bo dente’
O alcalde e os edís Boo, Rodeiro e Leira entregaron os premios
Espetada de carnes variadas sobre cachelo confitado e salsa grellada. É a tapa coa que o Restaurante Mirás, de Sigüeiro (Oroso) gañou o concurso municipal ‘De tapa en tapa’, cun premio de 300 euros. Recolleuno Concepción Mirás. O segundo premio, de 200 euros, correspondeulle á cafetería
Os Seis Ríos. Recolleuno Alejandro Neira. E o terceiro, de 100 euros, recaeu no Café de Manuela, recollido por Manuela Viqueira. No certame votaron 645 clientes, entre os que se sortearon diversos premios. O Concello fala de éxito da iniciativa, suxeita a cambios para compensar o esforzo que supón para os locais.
Vinte e un bares e restaurantes participaron no certame de tapas ordense
O concurso de tapas ‘De bo dente’ contou con cincuenta propostas presentadas polos vinte establecementos de Ordes, sobre todo bares e restauratnes, que participaron no certame. Nesta terceira edición, o Concello asegura que a iniciativa contou con éxito de público, constata-
ble na presenza de persoas en terrazas e no interior dos locais durante as tres xornadas nas que se desenvolveu. Cada tapa recibirá a puntuación do público e dun xurado de cociñeiros expertos. Está prevista a entrega dos premios ás tres mellores para o 22 de xullo.
Crรณnicas - Xullo 2017
13
PUBLICIDADE
14
Crónicas - Xullo 2017
XENTE DE AQUÍ ORDES
CERCEDA
Paisaxes e viños na excursión municipal á Ribeira Sacra
Excursión municipal a Portugal
A excursión ofreceu o clásico paseo en catamarán e cata de viños da zona
Varias decenas de persoas participaron na excursión á Ribeira Sacra organizada polo Concello de Ordes. A viaxe serviulles para coñecer a paisaxe da zona, estreitamente relacionada co cultivo da vide e a produción dos viños con denominación de orixe da zona.
Na saída, na que tamén participou a concelleira Ana Soneira, responsable municipal de Medio Ambiente, tiveron ocasión de percorrer o río Sil en catamarán, xantar e visitar adegas nas que lles explicaron o seu labor e puideron catar viños.
Vilanova da Cerveira, Viana do Castelo, a basílica de Santa Lucía, Braga ou a Fortaleza en Valença do Minho foron algúns dos destinos da excursión de Cerceda a Portugal, na que participaron integrantes da escola de música local e outras persoas que se inscribiron. A expedición prolongouse durante catro días, entre xuño e xullo.
COMARCA Elevada participación nos programas de conciliación e saídas puntuais organizados polos Concellos
Mil maneiras de pasar (ben) as vacacións do verán As diversas propostas organizadas por Concellos da contorna para que os nenos e nenas teñan alternativas lúdicas durante as vacacións estivais colleitan un ano máis unha elevada participación. Un exemplo destacado é o Summer Camp, que se desenvolveu en Ordes e en Oroso, en conxunto coa escola ConTalento. A premisa é educar e divertir á vez, con xogos, obradoiros e saídas pola contorna, sempre ao coidado de profesionais. A fórmula dos campamentos conta tamén con amplo seguimento en diversos municipios. É o caso do Verán Lúdico de Tordoia, onde uns trinta e cinco nenos e nenas teñen traballos manuais, actividades con material reciclado, ioga, roteiros ambientais e múltiples xogos ata mediados de agosto. E tamén o clásico ‘XoeCon’ de Mesía, con xogos, obradoiros de manualidades, pintura, sesións especiais na piscina, deportes, expresión corporal e mesmo unha fornada de pan. Tamén reciben aceptación as excursións, como a que desenvolveu Frades ao Galipark padronés a xeito de xornada de desconexión.
Participantes nas actividades do Verán Lúdico de Tordoia
Os campamentos XoeCon de Mesía teñen gran seguimento
Quenda do Summer Camp que se desenvolve en Ordes
Un dos momentos da visita de Frades a un parque padronés
Crónicas - Xullo 2017
15
XENTE DE AQUÍ
ORDES
ORDES A asociación organizadora ten unha conta aberta para achegas económicas
Parada, Poulo e Mercurín acollerán sesións de observación astronómica
Luar na Lubre e bandas dos oitenta actuarán nas festas patronais de Ordes
O programa ‘TodoCosmos’ trae a Ordes tres sesións de observación astronómica abertas á participación de calquera persoa interesada en coñecer máis sobre a astronomía. Non se precisa levar ningún tipo de material. Guiadas polas explicacións e o asesoramento de expertos na temática, as xornadas terán un estilo moi didáctico e permitirán a utilización dun telescopio de longo alcance. No caso de que o ceo estea cuberto, a observación será reemprazada por charlas sobre o cosmos. A primeira das sesións de ‘TodoCosmos’ programadas neste verán será o martes 1 de agosto na parroquia de Parada, a partir das 22:30 horas no campo da festa. A seguinte será xa a finais do mes, en concreto o luns 28 de agosto ás 22:00 horas no exterior do local social de Poulo. E xa en setembro, o día 15, a actividade chegará a Mercurín. Será a partir das 22:00 horas na pista deportiva situada detrás da escola.
Xa se coñece a programación das festas patronais de Ordes, con propostas desde o domingo 13 ata o mércores 16 de agosto. Algunhas das actividades máis novidosas son a actuación de grupos musicais de sona dos anos oitenta e de Luar na Lubre para a clausura das celebracións. O programa comezará o domingo 13 co pregón do actor e humorista Pablo Meixe. A sesión vermú desa xornada será un cometido da orquestra Principal, que á noite estará acompañada polos Satélites. O luns 14 será a xornada do retrovisor musical, cun festival de tributo aos anos oitenta coa música de Seguridad Social e Los Limones. Xa no día grande das festas, o martes 15 de agosto, tras a misa do mediodía o protagonismo será para os gaiteiros e cabezudos da asociación cultural Espadana. A charanga de O Recobío e a banda municipal de Padrón encargaranse da música ata a sesión vermú, a cargo da orquestra Galilea. Á noite, sumarase á verbena Armonía Show. E xa o mércores 16, Día do Emigrante, para as 13 horas está
O obxectivo da programación festiva é incrementar aínda máis a afluencia de público
prevista a habitual homenaxe á cidadanía da diáspora no monumento situado a carón da Casa do Concello. Intervirá tamén a banda de música de Ordes. Para a sesión vermú, as festas contarán coa orquestra Alaska, que repetirá á noite, se ben nese momento o gran protagonismo será para o concerto de Luar na Lubre, dentro do ciclo do seu trixésimo aniversario.
A Asociación Cultural e de Festexos Vila de Ordes, encargada da organización coa colaboración do Concello e da Deputación da Coruña, ten unha conta bancaria no Pastor-Grupo Banco Popular para que as persoas que o desexen poidan efectuar as súas contribucións económicas a sufragar os gastos que ocasiona a organización das festas.
Crónicas - Xullo 2017
16
XENTE DE AQUÍ COMARCA
FRADES
Curso sobre coidados infantís
Xornada de hortas abertas no CPI da Pontecarreira
A xornada contou cun obradoiro práctico para intervir en situacións de risco
Unha ducia de mulleres estranxeiras participaron no curso de coidados infantís ofrecido polo Centro de Información á Muller (CIM) e o programa de educación familiar da Mancomunidade de Ordes, en conxunto con Médicos do Mundo. A xornada abordou aspectos
como os coidados durante os primeiros meses de vida, masaxes, cueiros, cólicos, o sono e a alimentación axeitados, ou a estimulación sensorial. Tamén efectuaron prácticas para intervir ante situacións de atragoamentos ou queimaduras, e explicáronse as vacinacións.
O alcalde foi unha das persoas que acudiu a coñecer a experiencia
Estudantes de secundaria do colexio da Pontecarreira prepararon unha horta propia durante o curso escolar, nunha iniciativa sobre hábitos saudables na que tamén crearon un composteiro. No peche do curso, ofreceron a posibilidade de coñecer o traballo de
cerca cunha xornada de portas abertas. A horta, con 23 variedades diferentes, foi deseñada con coñecementos das distintas materias. Por exemplo, coas matemáticas precisaron o mellor ángulo para situar a horta e o composteiro.
FRADES
ORDES
Unha ONG imparte un curso de repostería para vinte persoas
O alumnado de pintura expuxo 200 creacións no Museo Liñares
As clases sumaron trinta horas de duración durante un mes
A Organización non Gubernamental (ONG) Mestura impartiu en Frades un curso de repostería creativa no que participaron vinte veciñas do municipio. O curso prolongouse durante un mes, ata sumar as trinta horas de duración das clases. As alumnas aprenderon a preparar diversos doces, como madalenas, ga-
lletas, pasteis, tartas ou melindres. As clases tiveron lugar no local social de Galegos, que dispón dunha cociña. O alcalde, Roberto Rey, acudiu á clausura das clases, que foron cofinanciadas por un programa da Unión Europea. Na iniciativa colaboraron o Concello de Frades e a Xunta de Galicia.
Apertura da mostra pictórica, na sala de exposicións do Museo do Traxe
O alumnado das clases de pintura organizadas polo Concello de Ordes expuxo os traballos realizados durante o curso no Museo do Traxe Juanjo Liñares. A mostra, que estivo aberta durante unha semana, estaba composta por unhas duascentas crea-
cións elaboradas polos participantes no curso, de diferentes idades e estilos pictóricos. O acceso a ver as obras foi libre e de balde. Para a apertura da exposición, o alumnado contou coa presenza das concelleiras Susana García e Ana Soneira.
Crónicas - Xullo 2017
17
XENTE DE AQUÍ TORDOIA
ORDES
A romaría da terceira idade supera os 800 participantes
Preséntase A relixión do mar, poemario de Xosé Iglesias
Iglesias Lamela presentou a súa obra acompañado por Xacobo Ríos
Antes do xantar foron recoñecidos os maiores de noventa anos presentes
A romaría anual da terceira idade reuniu máis de 800 persoas en Tordoia. O encontro celebrouse, como é habitual, na chaira contigua ao campo de fútbol municipal da Rega, na Pontepedra. O evento comezou cunha misa. Seguiulle a intervención do alcalde, Antonio Pereiro, agrade-
cendo a asistencia e lembrando a quen non puidese asistir. As persoas maiores de noventa anos presentes na festa recibiron placas conmemorativas. Antes do xantar, aínda houbo tempo para unha sesión vermú. E despois continuou a música e o baile coa actuación dun trío.
Xosé Iglesias Lamela presentou en Ordes o seu poemario A relixión do mar, premiado no IX Certame de Poesía Victoriano Taibo. No acto, o escritor, mariñeiro de profesión, deu conta de anécdotas das súas viaxes marítimas por todo o mundo, ademais de ex-
hibir videorelatos baseados na súa obra. Na presentación participou tamén o escritor ordense Xacobo Ríos. O evento contou coa colaboración da Libraría Arume e do Museo do Traxe Juanjo Liñares, sede da presentación.
Crónicas
Somos vento a favor para o teu negocio Contrata a túa publicidade no 617 917 130
Crónicas - Xullo 2017
18
XENTE DE AQUÍ OROSO
ORDES
A Banda de Música de Ordes será homenaxeada en 2018
Remate axitado do curso de habilidades sociais no Mesón
A clausura do curso viuse alterada pola representación do grupo Camela
No Festival de Bandas deste ano, o recoñecemento foi para Banda de Arca
O terceiro Festival de Bandas, en Senra (Oroso), homenaxeou á Banda de Música de Arca (O Pino). O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, destacou o arraigo da agrupación en Oroso, ao integrarse nela membros da Lira de Senra e a Banda de San Mamede-Grabanxa cando desapareceron. José María Blanco, director da Banda de Arca, agradeceu o reco-
ñecemento e ofreceu dispoñibilidade para colaborar. No próximo festival, previsto para o 7 de xullo de 2018, a homenaxe será para a Banda de Música de Ordes, da que o rexedor destacou a colaboración co festival desde o comezo. O evento está organizado polo Concello coa colaboración da Asociación de Veciños de Senra e da Deputación.
Os usuarios do curso de habilidades sociais para persoas con discapacidade viviron un remate de tempada indesexado. Desde case dous meses antes, tiñan a festa programada e autorizada polo Concello para a tarde do 30 de xuño na súa aula do Mesón do Vento. Todo transcorría con normalidade ata que nun momento dado irrompeu na sala a representación do grupo Camela, que esa mesma noite, despois da actividade do curso, actuaría nas festas de San
Pedro. A pretensión era que abandonasen o local canto antes: “en repetidas veces pasou polo medio dos usuarios tratando de fastidiar a festa a toda costa”. Nunha actitude similar interviu despois un integrante da comisión de festas, a pesar de que sabían de antemán da actividade, segundo os responsables do curso. O goberno de Ordes interviu para reconducir a situación, pese a que nese momento estaba nunha sesión do pleno, e lamentou e rexeitou a falta de respecto vivida.
ORDES
ORDES
Premio para o teatro escolar
Aplausos para Quen enterra un enterrador?, do grupo municipal
As integrantes do grupo das ANPAS de Ordes, co seu monitor
O grupo teatral saudando ao público ao remate da representación
O grupo de teatro das ANPAS dos colexios Campomaior e Castelao, de Ordes, recibiu unha mención especial cun premio de 100 euros como accésit no certame Candilejas Don Bosco. O evento tivo lugar no Teatro Colón da Coruña, con colaboración da Deputación.
O grupo municipal de teatro de Ordes, integrado por actores e actrices afeccionados, estreou a súa obra Quen enterra un enterrador?. O auditorio da Casa da Cultura encheuse para contemplar o espectáculo, unha obra de misterio dirixida por Pablo Meixe, responsable do grupo.
A obra presentada por este grupo escolar, dirixido por Tone Martínez, foi A porta misteriosa. Competiu con outras 45 na categoría infantil do certame. A agrupación ordense está integrada por Miriam Cores, Sabela Candal, Noa Carro, Henar Fernández, Iria Pena, Carla Rey e Andrea Orjales.
Toda a agrupación involucrouse plenamente para que a estrea fose un éxito. Contaron coa colaboración do Concello e do Punto Limpo de Ordes. As características da peza aconsellárona para público adulto, que puido acceder con entrada de balde ata encher o auditorio.
Crónicas - Xullo 2017
19
DEPORTES OROSO José Balsa e Martín Pena reciben os recoñecementos de promesa deportiva
MESÍA
Distinguen o corredor Nuno Costa como mellor deportista en Oroso
Falece Manuel López Pardo, figura imprescindible na evolución do C.D. Mesía
O corredor Nuno Costa, de orixe portuguesa e veciño de Sigüeiro desde hai catro anos, foi recoñecido como o mellor deportista do ano na Gala do Deporte de Oroso. Costa, de 31 anos, conta gran parte das probas nas que participa como triunfos. Entre as máis recentes, a Pedestre de Santiago, a San Martiño de Ourense ou a Vig Bay de Vigo. O evento de entrega de premios, ao que acudiron unhas mil persoas, distinguiu tamén como deportistas promesa a José Balsa, futbolista da EDM Xuventude Oroso e da selección galega alevín, e a Martín Pena, pertencente ao Xadrez Oroso e subcampión galego de 2017 con só 15 anos. Tamén se premiaron traxectorias deportivas de toda unha vida. A primeira entregada correspondeulle a José Ferro, veciño de Vilanova e presidente da ED Xuventude Oroso desde hai cinco anos. Ferro leva máis de tres décadas de implicación co fútbol local, a distintos niveis. O ou-
O deporte da comarca perdeu unha desas figuras esenciais sen as que moitas cousas, empezando polos pequenos detalles que dan pé ás grandes xestas, nin se entenderían nin serían posibles. Faleceu Manuel López Pardo, xeralmente coñecido polo alcume do seu segundo apelido, aos 57 anos de idade por un problema de saúde. Era vicepresidente do Club Deportivo Mesía. Pero o seu papel na entidade vai máis alá de calquera cargo formal. Desde diversos ámbitos destacan que durante anos traballou polo Mesía sen máis ánimo que o de manter vivo o club e facelo medrar. A loxística, a administración, a burocracia deportiva, a busca de financiamento... Non declinaba ningún cometido con tal de facer que os integrantes do club non tivesen máis preocupación que a de xogar e gañar.
Premiados na Gala do Deporte de Oroso, co alcalde e o concelleiro da área
tro recoñecemento foi para Emilio Vilaseco, de 60 anos e veciño da Barciela. É o deportista do municipio que máis anos leva participando en competicións federadas. Como recoñecementos especiais, foron distinguidos o Club de Béisbol Leones BBC, polo fomento de deportes minoritarios, e o Xuventude Oroso, polos resultados da tempada e a colaboración en eventos deportivos municipais. E as empresas Depor-
CELEBRAN O ‘AIKIDIA’
Encontro comarcal de aikido Varias decenas de persoas, tanto nenos como adultos, participaron no primeiro encontro de aikido dos espazos de práctica Ordes Dôjo e Santiago Dôjo, que dirixe o profesor José Veiga.
(Junio - Julio - Agosto)
A reunión celebrouse na área da Ponte Carballa, entre Frades e Mesía. Aínda que predominou a festa, aproveitaron tamén o tempo para practicar algúns exercicios desta arte de técnicas de combate.
tes Equimat, Caza e Pesca Nogareda e Ríos Sangiao recibiron recoñecementos polo apoio ao deporte e aos eventos celebrados en Oroso. Os compoñentes do goberno local, encabezado por Manuel Mirás con Luís Rey como concelleiro de Deportes, entregaron tamén unhas setecentas medallas conmemorativas ás persoas que integran unha vintena de clubes, asociacións e escolas deportivas.
Crónicas - Xullo 2017
20
DEPORTES ATLETISMO Novos triunfos para os integrantes do club
A Silva trae once medallas do español de veteranos
HÓCKEY
Victorias en infantil e xuvenil para a A.C. Ordes no seu torneo
A A.C. Ordes recolleu material escolar para a Cruz Vermella co seu torneo
Participantes do club no Campionato de España de Veteranos, en Elche (Murcia)
O Club Atlética A Silva acadou once medallas coa súa participación no Campionato de España de Veteranos en Elche. A entidade clasificouse no decimocuarto posto, dun total de 189. Ana María Abuín (F55) logrou tres ouros, en martelo, disco e martelo pesado, e dúas pratas, en peso e en xavelina. O ouro en xavelina foi para Ánxeles Rodríguez (F55) e o bronce para Lucía Doval (F40). Abuín, Rodríguez, Doval e María Teresa Janeiro, por certo, foron cuartas en relevos 4x100. Outras dúas pratas foron para Basilio Bernárdez (M40) en lonxitude e triple salto, un bronce acadouno Alberto Vázquez (M50) en triple salto. en 4x100, Bernárdez, Vázquez, José Darío Núñez e Rogelio Santos obtiveron prata. Noutra competición, o Campionato Galego Júnior, Martín Liste proclamouse por sétima vez consecutiva campión en disco, cun lanzamento de 42,11 metros. E Mencía Pena foi bronce cun lanzamento de 28,93 m.
Os equipos infantil e xuvenil da A.C. Ordes proclamáronse campións das súas categorías na segunda edición do Torneo A.C. Ordes de hóckey sobre patíns, disputado en Ordes con equipos da provincia coruñesa, de Asturias e de León. Os infantís deixaron segundos ao Club Hóckey Raxoi e os xuvenís impuxéronse ao Club A.A. Dominicos. Nas demais categorías, o equipo local foi segundo en micro, despois do Club Patín Mieres; segundo en prebenxamín, tras o Club Compañía de María; terceiro en benxa-
mín, superado polo Club Patín Mieres e o Club Hóckey Compostela; segundo en alevín, tras o Club Hóckey Compostela; e terceiro en sénior, despois do Club A.A. Dominicos e o Club Patín Mieres. A proba reuniu varios centos de afeccionados durante toda unha fin de semana no polideportivo municipal Castelao I, de Ordes. As entidades deportivas que participaron son o Club Hóckey Compostela, Hóckey Club Raxoi (Santiago), Dominicos, Compañía de María (A Coruña), Club Patín Oroso, Club Patín Mieres e APG Bierzo.
TENIS - CARREIRA
Pena e López, no campionato de España
No Campionato de España, María Pena e Lara López efectuaron un moi bo traballo. Pena fixo a súa mellor marca persoal en xavelina (38,22 m) e foi cuarta, a só 0,47 m do bronce. López participou na proba de 300 m e quedou no trixésimo posto de setenta participantes. O club felicitounas pola gran tempada feita.
Mencía Pena, bronce, e Marín Liste, ouro, no campionato galego júnior
O X Torneo de Mesía admite anotacións ata o 1 de agosto A décima edición do Torneo de Tenis Concello de Mesía admite inscricións ata o 1 de agosto. Co patrocinio de Coca-Cola, contará con categorías masculina, feminina e dobles, que poderá ser mixta ou non. As persoas que desexen inscribirse deben remitir o cadro de inscrición por correo electrónico ao enderezo elenarocamoro@concellodemesia.gal. O 2 de agosto será sorteado o cadro de competición e ao día seguinte publicarase. Está previsto que a primeira rolda se dispute entre os días 7 e 11 e a segunda do 12 ao 18 de agosto. As semifinais terán que disputarse entre o 19 e o 24 e as finais serán na tarde do 26 de agosto. O sistema de competición será o de eliminación automática, clasificándose o mellor de dous sets. Cada partido, en réxime de autoarbitraxe, ten unha semana de prazo para xogarse contra quen corresponda por sorteo. O horario será acordado entre os rivais. Os par-
tidos do torneo terán preferencia de uso nas pistas de tenis do complexo deportivo de Mata, en Xanceda (Mesía). CARREIRA Para o sábado 5 de agosto están previstas a VII Carreira máis a MiniCarreira, a primeira de doce quilómetros de longo e a segunda de seis. Haberá ademais carreiras específicas para as categorías de base, con distancias axeitadas a cada idade. As inscricións deben efectuarse antes do 4 de agosto ás 20:00 horas, remitindo os datos persoais, o DNI, a data de nacemento completa, o club ao que se pertenza e o lugar de procedencia ao enderezo mjgrobas@hotmail.com, indicando a proba na que se participará. A recollida de dorsais será de 17:30 a 18:30 horas e as saídas a partir das 19:00 horas. Entregarán trofeos aos tres primeiros clasificados de cada categoría e á perso de maior idade.
Crónicas - Xullo 2017
21
DEPORTES ATLETISMO
FÚTBOL
Corenta participantes no VI Campus de Ordes e da Silva
O Cerceda, en Segunda B coa colaboración do Lugo
A iniciativa serve para perfeccionar a práctica de distintas modalidades
A sexta edición do Campus de Atletismo organizado polos Clubs Atletismo Ordes e Atlética A Silva contou cuns corenta participantes. Durante unha semana, tiveron ocasión de efectuar diversas probas e sesións de perfeccionamento, carreiras de velocidade con e sen obstáculos, xogos multiatléticos, lanzamentos de xavelina, disco, martelo, peso e xogos de
multilanzamentos, saltos de lonxitude e altura, e carreiras de resistencia e remudas. Na clausura e entrega de medallas e trofeos, que tivo lugar tamén nas instalacións deportivas de Vista Alegre (Ordes), participaron o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e o edil de Deportes de Cerceda, Jesús Rama, así como responsables dos dous clubs.
O Centro Cultural e Deportivo Cerceda é xa equipo de Segunda B. Fíxose coa praza que lle pertencía ao Boiro despois de pagar os 133.000 euros necesarios. O Boiro non puido mantela por mor de serias dificultades económicas que o levaron a manter débedas salariais cos seus xogadores. O ascenso do Cerceda vai da man co Lugo, mediante un acordo de colaboración rubricado polos dous clubs. A nivel deportivo, o convenio facilita que xogadores da canteira do Lugo formen parte do Cerceda. Para o equipo da nosa comarca, sérvelle para contar con futbolistas dun nivel que economicamente lle resultarían moi custosos. E para a entidade lucense é un xeito de exercitar a súa canteira mediante un club que, en certos aspectos, funcionará como filial. No eido económico, o Lugo tamén pagou parte da cantidade que precisaba o Cerceda para facerse coa praza e facilitará orzamento para a vindeira campaña.
ENTREVISTA Mercedes Pazos, responsable de xoguetes Don Dino en Ordes
Unha ampla gama de xoguetes, dispoñibles na nova tenda de Don Dino en Ordes - Don Dino chega a Ordes. Cal é a gama de xoguetes que podemos atopar nesta tenda? - Podemos atopar xoguetes físicos, manipulativos, de construción, simbólicos, educativos, xogos de mesa, bonecas, manualidades e cooperativos, así como xogos tecnolóxicos (videoxogos, consolas...). - Que rango de idades abarca a súa oferta? - Dispoñemos de xoguetes específicos para cada idade, entre os 0 e os 14 anos. - Contan con algunha marca ou produto en exclusiva? - Contamos coas mellores marcas do mercado e as máis demandadas, como poden ser Bizak, Mattel, Hasbro, Smoby, Molto, Famosa, Playmobil, Lego, Bandai e por suposto a marca de Don Dino e unha gran variedade máis. - Cales son as últimas novidades
que chegaron a Don Dino? - Super Wings, Cars ou Minions están a ter moi boa acollida. - Cal é a tendencia actual no mundo do xoguete: de acción, mentais, educativos...? - En acción, os Power Rangers e Spiderman. En xogos mentais, gustan moito os Perplexus ou Conecta 4. Nos educativos, os de sempre seguen sendo un éxito, como Educa ou Clementoni e os seus puzzles, que son os preferidos dos nenos. - Que recomenda para os nenos e nenas que sacaron boas notas? - Xoguetes de verán para xogar ao aire libre e despexarse despois dun inverno moi duro estudando. - Por que é importante que os nenos e nenas xoguen? - É fundamental para a aprendizaxe intelectual, para o entretemento, o control da agresividade, o fomento da responsabilidade e a asunción de
valores positivos... - Teñen algunha promoción de apertura? - Regalamos unhas pas de praia pola compra superior a 30 euros.
Outra parte do ingreso efectuouna o Concello. O paso prodúcese despois de que tamén existisen algunhas dúbidas sobre a propia viabilidade económica do Cerceda, finalmente disipadas... TITO RAMALLO, NOVO ADESTRADOR Para a nova etapa, o Cerceda conta con Rogelio Ramallo Pena, ‘Tito’ Ramallo, como adestrador. A súa chegada forma parte da estratexia conxunta co Lugo. Precisamente, a planificación dunha aliñación de xogadores vai ser un dos seus primeiros cometidos no club que preside José Antonio Silveira. Ramallo xogara no Deportivo entre os anos oitenta e noventa, se ben con 25 anos pasou a formar parte do corpo técnico. Ata o 2012, adestrara o Fabril durante máis dunha década, logrando títulos de Terceira e ascensos a Segunda B. O seu último labor como adestrador foi co Banants, equipo da primeira división armenia.
Crónicas - Xullo 2017
22
DEPORTES / OPINIÓN GRUPOS SHOW
ATLETISMO
O Club Galia de Ordes acada catro podios no trofeo local
Recepción de homenaxe ao club Atlética A Silva-Ordes
O acto serviu para recoñecer os éxitos acadados polos atletas da zona O alto nivel das coreografías caracterizou a terceira edición do trofeo
Primeiro posto para o grupo grande de primaria, segunda praza para o cuarteto de primaria, e terceiras posicións para os grupos grande e pequeno de secundaria. Son os resultados do Club de Patinaxe Galia no III Trofeo Concello de Ordes de Grupos Show, que se celebrou no polideportivo Caste-
lao I coa participación de máis de 320 patinadores e patinadoras. Na xornada, ante un numeroso público, observouse un elevado nivel de coreografías. Entregaron os premios o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e a concelleira de Deportes, Ana Soneira.
Os paxariños da Alameda Si, que si, que o can de garda ladra en branco e negro desde o averno. Sen darse conta, ou sen querer darse conta, ou aparentando que non quere querer darse conta, mediante a artificiosa edulcoración do discurso. É un disfraz nada decoroso, por certo, porque xa case ningunha ave teme as súas mordeduras. Nin tampouco a risa sarnosa. É unha besta ben encadeada, alimentada de residuos, útil para as liturxias da post-verdade. Inútil para todo o demais. Esas liturxias serviron nun momento dado para que a vida marital dun paxaro migrante non sufrise dislocacións xurídicas nin aturdimentos burocráticos. Pero pouca máis utilidade vai ter, que xa é abondo, porque as aves das dúas beiras, a propia e a allea, gardan en formol todos os informes e expedientes. Serán utilizados cando sexa procedente. E para a ocasión xa falta menos. E non haberá can de garda.
O Concello de Ordes ofreceulles unha recepción de homenaxe aos integrantes do Club Atlética A Silva-Ordes, en recoñecemento aos logros que acadaron na última tempada. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, e a concelleira de Deportes, felicitáronos e entregáronlle unha bandeira de Ordes a Pepe Domínguez, adestrador da enti-
dade, “para que poidades lucila aló onde vaiades e para que vos dea sorte”, en palabras do rexedor ordense. O goberno municipal animou a que os atletas continúen traballando por novos éxitos e ofreceu o seu compromiso de mellorar as instalacións que utiliza o club en Vista Alegre, por exemplo coa actual construción de almacéns.
Sección de chíos, murmuracións e faladorías pilladas polo aire, unhas máis certas que outras
Noutras latitudes, o gaivoto fotocopiante acaba de quedar nun ridículo dos de antoloxía por levar as súas prácticas ao paroxismo máis impredecible. Os ornitólogos ben viron que facer voar outros conxéneres cando a ocasión non dá nin para erguer as ás propias é unha mostra de debilidade. Hipotecar o pouco crédito que se ten para aparentar riqueza de credibilidade vaino arruinar a el e a todas as aves, non todas de boa fe, que participaron no evento. Os entroidos son para o entroido, e as bicicletas para o verán. A situación de debilidade que evidencia, aínda que non queira aparentala, ocasiona a risa abraiada da parte fotocopiada. Non é novo, levan xa anos rindo. E ignorando o asunto, máis alá de que dalgún xeito lles dá o proveito de situarse como a referencia orixinal. Claro que para as anduriñas ser a referencia duns cabestros tampouco é para presumir.
Todo isto cando os azetas seguen cheirando e ameazan con contaminar o aire. Por momentos xa é irrespirable. E o gaivoto entende que chegado o momento vaise asfixiar e vai sufrir. Máis matina que tamén lle pode servir para cortar a liña xenética. Para ser ave, bastante tempo leva cargando con esa dor de moas. Psicosomática, evidentemente. Outra leria. Non foi certo que xantaran xuntos os gaivotos diverxentes. Ao paxaro que tal contou xa se lle abriu expediente por mala praxe. Confundiuse cos luises, non hai máis explicación. Que torpeza! Na taberna afoucellada xa instalaron inhibidores contra a espionaxe. Erran porque o que se busca é a íntima privacidade publicidade. Determinadas reflexións públicas dunha pita de monte, das veteranas, das que xa resistiron varios trances de extinción, causaron
moita expectación entre as aves da súa especie. Hai quen interpreta que é unha despedida, despois de máis de media vida voando contra todos os ventos cheirentos e batendo contra paredes espiñadas. E hai quen entende que só é un aviso, unha lección de ética, ante os movementos tan sospeitosos doutra pita (mellor dito, pito) doutro monte, moi vistoso pero non tan traballador. Se a iso se lle suma a palabra escrita dunha vetusta gaivota, unha boa actriz soliviantada, a efervescencia é máxima. Unha cuestión que debería ser prioritaria é o agradecemento a esa gaivota. Vetusta si, pero moito máis áxil que moitas que están en primeira liña. Está pendente o seu recoñecemento. E está pendente resarcila de moitos agravios, máxime cando asumiu con total lealdade e disciplina a limpeza xeracional á que se viu sometida en beneficio de aves advenedizas. Que despois xa se viu que leais non foron...
Crónicas - Xullo 2017
23
OPINIÓN
Foucelhas e guardas civis Por Carlos Calvo Varela A “infância” tal e como a entendemos hoje nom é nem muito menos umha categoria a-histórica e universal, senom o resultado dum lento processo de construçom que no seu dia estudárom Philippe Aries ou a socióloga galega Julia Varela. Até praticamente o século XIX nom existiu entre as classes populares o sentimento de infância, em tanto que período separado radicalmente da idade adulta. A emergência da infância é um longo processo em que se vam conjugando distintos descursos e dispositivos (do poder, da pedagogia, et cetera) e que se acelera definitivamente quando a luita obreira consegue rematar com o trabalho infantil. É entom quando o Estado, para dar conta dessa grei rebelde que fugiu das fábricas, articula os citados discursos num novo estatuto da infância: os nenos definemse entom como uns seres inocentes e maleáveis que apenas se botam a perder por culpa do nefasto ambiente em que se criam. Desta maneira dá-se cobertura pedagógica a umhas políticas que, trás um brutal racismo de classe, preconizam a expropriaçom do neno ao seu ambiente social para confinálo na escola, reformatório e demais
instituiçons onde aprenderá a avergonhar-se da sua própria classe social. Um medo anima todo isto: o temor da burguesia e do Estado às crescentes instituiçons populares de educaçom obreira, como a Germinal da Corunha, de que era sócio o assassinado Francisco Raña Boquete, alcalde de bairro de Lesta em 1922 e provavelmente natural de Cerzeda. Vem todo isto a conto do que me contaba por carta o amigo Xosé Luís Santos Cabanas. “En espazos lóbregos nos que cheiraba a macho militar, aló nun verán quente e seco hai máis de corenta anos, no Centro de Formación de Reclutas do meu servizo militar obrigatorio, sen auga corrente para que os nosos masculinos aromas fosen aínda máis intensos, coñecín a Miguel, desde aquela amigo. Estabamos en Figueirido, concello de Vilaboa, fermosa paisaxe profanada polas construcións e a presenza castrenses. Abro un paréntese (…) e volvo a Miguel de Ordes. Na súa infancia non xogaban a indios e vaqueiros. Alí, nos anos 50 do século XX, xogábase a Foucellas e Gardas Civís; e había que sortear os bandos, pois ningún neno quería facer de
garda”. Eram seguramente os últimos dumha época, trás a derrota nazi na II Guerra Mundial, em que o franquismo podia abalar, e que o também entom neno Xosé Luís Méndez Ferrín recordava assim: “Outras veces oías que dicían: “Ah…!, pois mira que mataron a aquel falanxista de Piñor; baixárono do coche, puxérono cara a parede e matárono”. Logo, a Radio España Independiente daba a noticia: “Fue ejecutado el conocido asesino fulano de tal…”. Era unha sensación de poder tremenda!”. Também lembra o historiador Dionísio Pereira como os rapazes do Porto Doçom jogavam, “cando a República, a sindicalistas e gardas civís, e mesmo unha panda tiña un selo de cortiza semellante ao do sindicato. E para que reparemos que entre o xogo e a realidade media un paso, un daqueles rapaces que exercía como tal nunha lancha pesqueira, foise queixar aos do sindicato que non lle deran a súa caldeirada de peixe pequeno. Sen máis, Lemiña falou co patrón da lancha, e o asunto resolveuse de contado”. Estes esforços educativos libertários davam frutos e, por exemplo, consegui-
Para Miguel. ram erradicar as tradicionais pelejas entre moços de Meira e Moanha durante as festas. O franquismo ensanhou-se especialmente com estes nenos socializados nesse ambiente de liberdade e luita obreira, e nom poupou em métodos “educativos”, como quando encarceraram esses dous irmaozinhos de Bergondo –tam queridos por Syra Alonso- que apedrejaram a casa do alcalde falangista do seu concelho, quem ordenara matar os seus pais. E é que quando ainda se diz isso de “nom politizar as crianças” estám a reverberar décadas de ofensiva anti-popular. E, porém, em Ordes nos anos 50 os nenos jogavam a Foucelhas e Guardas Civis. E nengum queria fazer de guarda.
Quen queira achegar máis información, datos ou recordos sobre estes temas pode escribir ao autor ao enderezo: Carlos Calvo Varela CP de Villabona 33422 Llanera - Asturias
Cr贸nicas
Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.
Cr贸nicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Tameiga. Peche de edici贸n: 13-07-2017. Dep贸sito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com