Cronicas comarcadeordes n44 agosto2017

Page 1

Crónicas

Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 44 - Agosto de 2017

Ordes estudará en setembro unha reordenación do tráfico Os grupos políticos de Ordes teñen previsto avaliar en setembro posibles cambios para o tráfico nalgunhas das

rúas máis conflictivas da vila. Tomando como base un informe da Policía Local, contemplan como opcións que

nalgunhas rúas se permita o aparcamento nunha soa marxe, que noutras se estableza un só sentido de circu-

lación e que noutras se fixe unha tonelaxe máxima. De momento non hai nin prazos Páx. 6 para decidir.

Presione para abrir

ECONOMÍA

A industria acapara en Galicia a suba da cotización do leite Páx. 20

MESÍA

Queixas porque a Xunta non desbroza a AC-223 Páx. 10

TORDOIA

Acordo para ampliar en Bardaos o saneamento Páx. 14

ORDES

Fomento activa o novo enlace da AP-9 en Sigüeiro

Páx. 2

As obras no CEIP Castelao aforrarán un terzo da enerxía Páx. 4

TRAZO

A parroquia de Trazo leva 50 anos agardando a parcelaria

Páx. 18

COMARCA

Acondicionan o trazado oficial do Camiño Inglés

Páx. 12

ENTREVISTA

Repaso aos temas de actualidade co alcalde de Ordes Páxs. 16-17


Crónicas - Agosto 2017

2

ACTUALIDADE COMARCA Rexeitamento á peaxe de 1,60 € ata Santiago por “abusiva”

Fomento abre o enlace sur horas antes de que Oroso saltase á rúa Por fin, xa se pode entrar na AP-9 en Sigüeiro e ir cara a Santiago e o sur de Galicia. Desde o 28 de xullo, está aberto o novo enlace, que permite evitar a N-550. Iso si, pagando os 1,60 euros que custa o traxecto ata a capital galega. A apertura resultou conflictiva, á altura do proceso de execución das obras, con demoras, interrupcións e ata unha certa dose de misterio. Nunha especie de sprint final, cos últimos axustes acometidos a toda présa, o Ministerio de Fomento puxo en servizo o enlace xusto unhas horas antes de que se celebrase unha manifestación convocada polo Concello. O enlace levaba rematado desde finais de maio, pero o Ministerio mantíñao pechado sen ofrecer explicacións. O alcalde, Manuel Mirás, chegou a aludir a unha “man negra”. A situación fixo que o PSOE, no goberno local, máis o PP e o BNG consensuasen un manifesto emprazando a Fomento a non demorar máis o que vían como “unha necesidade irrenunciable e inaprazable”. Á vez que aumentaba a presión, e o alcalde anunciaba outra protesta durante a visita do ministro Íñigo de la Serna a Santiago, os últimos traballos acelerábanse na zona, de maneira que a primeira hora da tarde do 28 de xullo o enlace puido recibir os primeiros usuarios. O Concello anulou a protesta en Santiago e cambiou a manifestación

(Junio - Julio - Agosto)

O alcalde criticou a xestión do Ministerio nunha concentración en Sigüeiro

en Sigüeiro por unha concentración ante a casa consistorial. A ela asistiron unhas duascentas persoas, segundo o reconto municipal, con representantes do PSOE e do BNG. Faltaron Anova e o PP. Esta última forza valorou que a protesta xa carecía de sentido ao conseguir o obxectivo. Mantela, segundo eles, só obedecía a unha pretensión de “establecer unha guerra con administracións de distinta cor política” por parte do goberno de Oroso. Sen embargo, o alcalde, Manuel Mirás, que tampouco ocultou a súa “satisfacción” por lograr algo que levaba quince anos pedindo, indicou que “se non fose polas manifestacións que convocamos, Fomento aínda tería pechado o enlace”. Mirás

defendeu a concentración para explicar todo o proceso ante a veciñanza. Só quedou ben parado o exministro de Fomento José Blanco (PSOE), para o que anunciou un recoñecemento municipal. En cambio, ás súas homólogas Magdalena Álvarez (PSOE) e Ana Pastor (PP) prometeu declaralas persoas non gratas polos atrancos que puxeron ao proxecto. CONTRA A PEAXE Durante a concentración, un grupo de veciños protestou contra o prezo da peaxe, de 1,60 euros, e demandaron a súa gratuidade. O rexedor afirmou que a reivindicación ten “toda a razón do mundo” e sinalou que o seu goberno tamén seguirá “pugnando” pola variante da N-550.

A obra custou 6,5 millóns e será de especial utilidade para o polígono industrial O proxecto do enlace sur da autoestrada en Sigüeiro tivo un custo de 6,5 millóns de euros, no que se inclúen a execución máis as expropiacións. Forma parte dun conxunto de obras de ampliación da AP-9, aprobadas nun dos últimos Consellos de Ministros do goberno de José Luis Rodríguez Zapatero. A situación da nova infraestrutura fai que resulte de especial utilidade para as empresas do polígono industrial de Sigüeiro. Boa parte do tráfico que sae ou que se dirixe a elas, sobre todo camións con materiais e mercadorías, pode así evitar o paso da N-550 por Sigüeiro, que en determinadas horas do día chega a colapsarse. O enlace construído consiste nun novo ramal con carril de deceleración para saír en Sigüeiro vindo de Santiago. Tamén se habilitou unha nova estrutura sobre a N-550, un tramo trenzado e un paso superior para saír á antiga estrada. Para acceder desde Sigüeiro en sentido Santiago de Compostela, utilízase o mesmo ramal de entrada á Coruña, pasando logo polo novo ramal trenzado e o paso superior de cambio de sentido. Na práctica, os cambios non afectan a quen vaia ou veña da Coruña, a non ser unha zona propia na peaxe.


Crรณnicas - Agosto 2017

3

PUBLICIDADE


4

Crónicas - Agosto 2017

ACTUALIDADE ORDES

ORDES Recibiu obras de illamento que custaron uns 400.000 euros

UxO e BNG afondan nas súas discrepancias e alonxan calquera opción de censura

O Castelao aforrará un terzo da enerxía

Unión por Ordes (UxO) e o BNG de Ordes volveron evidenciar poucas opcións de entendemento para dialogar sobre unha posible moción de censura contra o goberno municipal en minoría do PP. Practicamente no peche desta edición, UxO difundiu un comunicado no que ofrecía a dimisión como concelleiros de Manuel Regos e de Silvia Marín para satisfacer as condicións do BNG, ao que ademais situarían na Alcaldía. A proposta, segundo o partido do exalcalde Manuel Regos, teríase feito na reunión entre as dúas formacións a mediados de xullo, cando corría o prazo para a censura tras a cuestión de confianza coa que o PP logrou aprobar os orzamentos. UxO sinala que tamén trasladou un documento con “principios, obxectivos e medidas programáticas” sobre o que asentar un goberno alternativo “de e para a maioría social do concello”. O partido independente cre que xa cumpriría as condicións do BNG para falar da moción de censura e amosa extrañeza por que o BNG non sometese a proposta á decisión da súa asemblea local. O BNG replicou sinalando como “completamente falso” que Regos ofrecese a súa cabeza. Ao contrario, o exalcalde tería dito que debía continuar porque senón “podía vir Rueda e ‘mercar’ aos seus compañeiros, xa que coñece ben o funcionamento do PP”. O Bloque precisa que non tivo ningunha asemblea local desde a reunión con UxO, e que en todo caso hai un ano a asemblea local fixou por unanimidade as condicións e “non é previsible que muden”. Reiteran que non as ven cumpridas. E é que os nacionalistas lembran que sentar a falar pasa pola marcha de Regos e de Marín, pero tamén a de Roberto González, ao que UxO nin nomea no seu comunicado. Cren que a traxectoria dos tres e as súas “prácticas regresivas e caciquís nas anteriores lexislaturas” fanos “incompatibles cunha alternativa real de goberno”. O BNG reprocha a UxO os “brindes ao sol sen percorrido dos que a veciñanza xa empeza a estar farta”. Os nacionalistas miran máis ben ás eleccións de 2019, nas que se posicionarán como única alternativa á dereita “camuflada en diversas siglas”.

O conselleiro de Educación visitou o CEIP Castelao de Ordes

Un 34% de aforro no consumo enerxético. É o que estiman os técnicos que se conseguirá coas obras acometidas no CEIP Castelao de Ordes. Os traballos precisaron un investimento de case 400.000 euros, en parte cofinanciados con fondos europeos. A Consellería de Educación efectuou a iniciativa durante os últi-

mos meses. As instalacións, que datan de finais dos anos setenta do século pasado, viron mellorado o illamento térmico da fachada e da cuberta. A intervención consistiu en substituír as fiestras e os elementos de carpintería exterior por outros de aluminio con rotura de ponte térmica. Tamén

se colocaron persianas novas, renováronse as luminarias e instaláronse pantallas de tecnoloxía LED. As tarefas de pintura interior completaron as obras. No remate destas melloras, o centro educativo recibiu a visita do conselleiro de Educación, Román Rodríguez, acompañado polo delegado provincial do seu departamento, Indalecio Cabana, o xefe territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, e a nova directora do CEIP Castelao, Maribel Graña. Por parte do Concello, acudiron o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, e a concelleira de Educación, Susana García. No percorrido polo edificio, detivéronse a examinar os cambios en varias aulas e tamén a nova biblioteca. A concelleira ordense afirmou que a obra é positiva “para o benestar tanto do profesorado como do alumnado” e que contribuirá a “unha mellora da calidade da ensinanza pública no noso municipio”. O alcalde defendeu o “compromiso” local e autonómico cos servizos educativos, e puxo tamén como exemplo o cambio de fiestras previsto no CEIP Campomaior.

ORDES Desde a oposición impoñen a maioría, pero o goberno esquiva os acordos

O conflicto de competencias do PP fronte a UxO e non adscritos, á xustiza Medra o conflicto político entre o PP de Ordes, por unha parte, e UxO máis os concelleiros non adscritos, por outra, sobre a posibilidade, ou imposibilidade, de aplicar iniciativas que aproba o pleno en contra do criterio do goberno. A lea chegou xa aos tribunais. Todo comezou cando en maio a oposición aproveitou a minoría do goberno, tras a marcha de Beatriz Martínez e Luis Caamaño do PP, para sacar adiante propostas de redución dos impostos da contribución, dos vehículos e de actividades económicas, así como para establecer novos criterios nos contratos menores. O goberno, en cambio, négase a aplicar o acordo e defende que o pleno carece de capacidade para modificar ordenanzas fiscais. As mocións que presenten os grupos, segundo os técnicos que cita o PP, como moito poden “instar” ao goberno a modificar as normas, pero sen que iso supoña a obriga de facelo. O executivo sostén que se cometería unha “ilegalidade” se prosperasen as rebaixas

fiscais plantexadas. Por iso, presentou na xustiza recursos de reposición amparados en cinco informes xurídicos, un deles da Deputación da Coruña. Nun pleno doble para abordar a situación a finais de xullo, UxO e non adscritos volveron gañar as votacións. Manteñen que non se incorre en ningunha ilegalidade e advirten de que non existe “ningunha reserva competencial en favor do alcalde á hora de propor ao Pleno a adopción de acordos en canto ás ordenanzas fiscais”. Defenden ademais que nada lles impide, como integrantes do pleno, propoñer cambios nunha ordenanza “sempre que se respecte o procedemento legalmente establecido”. Outro argumento que ofrecen é que a súa proposta non afecta aos orzamentos en execución, senón aos vindeiros, de maneira que “caben medidas nos gastos que permitan a compensación da caída de ingresos”. Mais non parece que a acción do goberno vaia alterarse. O alcalde,

José Luis Martínez Sanjurjo, replicou que o seu posicionamento conta cunha “ampla e firme cobertura xurídica, fronte a unha secuencia de alegacións sen peso xurídico emitida por representantes da oposición”, dixo. PROMESAS ELECTORAIS Nun plano máis político, os non adscritos acusaron ao alcalde de incumprir o programa co que se presentaran ás eleccións de hai un par de anos. Martínez avisou de que aínda queda a metade do mandato e dúas ocasións para modificar as ordenanzas e “traballar para a baixada do 10% dos impostos”. O alcalde acusou a UxO e non adscritos de buscar a “ingobernabilidade” por “temor a que o grupo do PP se consolide no poder”. Desde o BNG, Pablo Vidal, reprochou que as distintas faccións da dereita ordense poidan conducir a “un pleito que enredará o asunto”. Os nacionalistas, que optaron pola abstención no doble pleno, defenden superar o conflicto creado.


Crรณnicas - Agosto 2017

5

PUBLICIDADE


Crónicas - Agosto 2017

6

ACTUALIDADE ORDES

ORDES Avaliarán novas rúas de sentido único ou unha soa marxe para aparcar

As abstencións de UxO e do PSOE evitan que o pleno reprobe á concelleira García

Os grupos políticos estudarán en setembro a reordenación do tráfico

As abstencións do grupo de UxO e do concelleiro do PSOE evitaron que o pleno municipal de Ordes reprobase á concelleira de Educación, Susana García. A medida, proposta polo BNG, contou co apoio dos dous concelleiros non adscritos, sumando así cinco votos. Recibiu a negativa dos cinco edís do PP, de maneira que a moción decaeu grazas a que o voto de calidade do alcalde desfixo o empate. Os nacionalistas argumentaban a necesidade de reprobar á concelleira polo “constante incumprimento do regulamento de organización e funcionamento do Consello Escolar Municipal de Ordes”, do que García é presidenta. O Bloque xa advertira en maio de que intentaría a reprobación se antes de rematar xullo a concelleira non presentaba o informe sobre o estado do ensino no municipio. Era ademais a quinta vez que solicitaban este documento no que vai de mandato.

Os grupos políticos de Ordes estudarán no mes de setembro unha posible reorganización do tráfico nas rúas da vila, a maioría delas situadas no Recreo, no Piñeiro e na zona da Praza de Abastos, así como a Rúa do Muíño. No pleno de xullo, o grupo do BNG propuxo a ordenación do tráfico seguindo os criterios marcados por un informe que a Policía Local xa tiña rematado o pasado mes de xaneiro. A proposta sería unha primeira fase, dado que os nacionalistas pensan que as modificacións ás que aspiran son “de tal calado que é preciso ilas introducindo paulatinamente e dando marxe á veciñanza para que se habitúe á nova situación, sen crear un caos temporal”. Precisamente pola magnitude da medida e a falta de consenso observada na corporación, o propio Bloque optou por deixar a iniciativa sobre a mesa, co compromiso do goberno de traballar sobre ela o próximo mes, desatascando a parálise na que estaba.

ORDES

Controversia por unha xura de bandeira civil nos actos do Solado Lois A inclusión dunha xura de bandeira para civís nos actos conmemorativos do octoxésimo aniversario da morte do Soldado Lois, en Ordes, ocasionou unha considerable controversia. A cerimonia será o 10 de setembro e as persoas interesadas poden presentar a solicitude ata o 1, con documentación que facilitan no Concello. O BNG calificou o acto como “máis propio de tempos pasados” e tacha de “lamentable que o Concello colabore coa información e as inscricións”. Os nacionalistas reiteraron que seguirán sen acudir á homenaxe posto que “a morte do Soldado Lois sempre foi utilizada polo bando nacional e polo franquismo”. A Asociación Cultural Obradoiro da História considera a xura “un acto reseso propio da ultradereita española”. Esta entidade pide que o Concello de Ordes “deixe de organizar estes actos e de manipular ao Soldado Lois (glorificado polo franquismo)”. Tamén ten previsto solicitarlle ao Tercio Norte o cese das homenaxes anuais, en cumprimento da Lei da Memoria Histórica.

marxes, pero estableceríase un único sentido de circulación. As rúas nas que se podería aplicar algunha destas medidas son as das Campeiras, Reverencia, Vista Alegre, Laxeiro. O Laranxal, A Mina, Galicia, Viriato Lamas, Praza de Abastos e O Muíño. Nesta última, prevese construír un noiro de escasa altura con zona verde. Nas rúas da Casabella e do Campo Santo, a proposta que analizarán os distintos grupos políticos prevé prohibir o paso de vehículos de máis de cinco toneladas de peso.

A proposta busca máis seguridade e fluidez nas rúas máis difíciles

En boa parte das rúas nas que se reorganizaría o tráfico, os cambios consistirían en suprimir o estacionamento nunha marxe, de maneira que a circulación poida ser máis fluída e segura. Noutras rúas, manteríase a posibilidade de aparcar nas dúas

COLEXIOS E PAC Á marxe do que se poida acordar en setembro, o alcalde anunciou que o Concello xa ten decididos diversos cambios no tráfico nas zonas próximas aos centros escolares e ao Punto de Atención Continuada. José Luis Martínez Sanjurjo non se adentrou nos detalles durante o pleno, pero si afirmou que se trata de modificacións que estarán vixentes para o comezo do novo curso escolar.

OROSO

TORDOIA

Aberta á circulación unha nova rúa no núcleo da Pontepedra

Aproveitan o verán para tapar baches na rede viaria municipal

Aplicación de asfalto nunha pista local

O novo vial ten 850 metros de longo e unha anchura de oito metros

Xa está aberta ao tráfico unha nova rúa en Pontepedra, a capital de Tordoia. Ten 850 metros de longo e oito de ancho e transcorre desde a zona onde se sitúa a gardería municipal ata o lateral da nave dunha cooperativa.

Esta infraestrutura tivo un custo duns 37.000 euros, achegados nun 80 % pola Deputación e nun 20 % polo Concello. O alcalde, Antonio Pereiro, agradeceu a cesión de terreos polos veciños para que o vial gañase anchura.

Nas últimas semanas acometéronse diversas intervencións na rede viaria municipal de Oroso para tapar baches e garantir o estado do firme en puntos onde resultaba necesario. O investimento do Concello nesta acción é duns 25.000 euros. Os primeiros traballos efectuados consistiron na ampliación da estrada na rúa María Casares, no acceso a Porto Avieira (Gándara), nos viais que levan ao Refuxio, e na parroquia dos Ánxeles. Segundo detallou o concelleiro de Obras, Eduardo Veiras, contempláronse arranxos nas distintas parroquias coa previsión de que estivesen rematados na primeira metade do mes de agosto.


Crรณnicas - Agosto 2017

7

PUBLICIDADE


Crónicas - Agosto 2017

8

ACTUALIDADE ORDES

ORDES O alcalde afirma que a prórroga dos anteriores impedía cumprir o programa

O BNG responsabiliza ao PP do catastrazo por pedilo ao pouco de chegar á Alcaldía

O goberno poderá gastar desde fin deste mes o seu primeiro orzamento propio

O Bloque Nacionalista Galeog (BNG) de Ordes culpou ao alcalde da aplicación do catastrazo no municipio, por telo solicitado ao pouco de chegar ao poder. Tal como sinalan os nacionalistas, o 27 de agosto de 2015 o rexedor solicitoulle á xerencia rexional do Catastro que o Concello de Ordes fose incluído no procedemento de regularización catastral 20142017. Isto implica, entre outros feitos, que se inclúan na tributación bens que antes non estaban rexistrados ou que experimentaran alteracións que fan incrementar a súa fiscalidade. Pablo Vidal, portavoz do BNG ordense, considera que o alcalde “enganou a veciñanza cando en campaña electoral lle prometía unha baixada do 10% na contribución, traizoándoa tan só un mes despois da súa investidura como alcalde de Ordes”. Vidal cre demostrado que Martínez nunca tivo interese en baixar o IBI.

Dous anos despois da súa chegada ao poder, o goberno do PP no Concello de Ordes disporá dos primeiros orzamentos propiamente seus, posto que ata agora traballou con prórrogas das contas de 2015. O orzamento de 2017 terá aprobación definitiva, salvo que se produza algunha incidencia, a finais deste mes de agosto. Para chegar á ter os orzamentos, o executivo, que se atopa en minoría con só cinco concelleiros no grupo do PP dos dezasete da corporación, tivo que vinculalos a unha cuestión de confianza. Perdeuna entre as acusacións da oposición de ser incapaz de dialogar. Pero despois superou o prazo dun mes sen que se presentase unha moción de censura que auspiciase un goberno alternativo, a pesar dos contactos entre UxO e o BNG para explicar de novo esa posibilidade. Isto abriu o paso á aprobación automática das contas. O único ‘percance’ que podería retrasar a entrada en vigor do orzamento a finais de agosto é que se

presente algún tipo de reclamación durante o prazo legal da súa exposición pública, anunciado debidamente no Boletín Oficial da Provincia (BOP). 9,1 MILLÓNS DE EUROS Os orzamentos deste ano suman 9,1 millóns de euros. Deles, aproximadamente un 20 % (1.842.000 euros) destínanse a investimentos. O goberno municipal non detallou as proporcións que lles corresponden a outros capítulos de gasto tan relevantes como o persoal e os bens e servizos correntes. Non obstante, o Concello disporá de 513.000 euros de fondos propios para cofinanciar coa Xunta o novo centro sociocomunitario que levará o nome de Isabel Cendal, melloras en instalacións deportivas municipais, e investimentos en viais e na renovación de semáforos. Destaca tamén que conta con recursos para acceder a subvencións e os máis de 950.000 euros para os proxectos incluídos no POS+ 2017

impulsado pola Deputación da Coruña. O executivo afirma ademais que, con respecto a 2015, vai incrementar case nun 7 % os ingresos e máis dun 26 % os gastos. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, manifesta que a prórroga dos anteriores “impedía cumprir cos compromisos adquiridos coa veciñanza e os derivados do programa electoral que presentamos no seu día”. Das novas contas, o rexedor presume de que serven para “o mantemento dos servizos esenciais, con especial dedicación aos colectivos máis desfavorecidos”, sen descoidar como “liñas fundamentais o saneamento das contas municipais mediante a contención do gasto público e a eficiencia na asignación dos recursos municipais”. En canto ás políticas sociais, o executivo afirma que se produce un incremento de máis dun 13 %. Inclúe neste sentido os importes dedicados a gastos sociais, educativos, culturais e deportivos.

COMARCA

OROSO

Autorizan un novo obradoiro de emprego entre Frades e Ordes

O superávit municipal de 2016 permite investir medio millón

A Xunta confirmou a concesión dun novo obradoiro de emprego conxunto entre os Concellos de Frades e de Ordes. Nesta ocasión, as especialidades nas que se poderán formar as persoas participantes son a albanelería e a xardinería. En total, hai vinte prazas. Unha novidade deste obradoiro é a súa duración. Vaise prolongar por nove meses. Son máis que os seis habituais ultimamente, pero non acadan aínda o ano de duración que tiñan os obradoiros de emprego antes da aplicación dos chamados ‘recortes’ por parte das Administracións. Para esta iniciativa, que combina a formación co emprego, será necesario un gasto de case 335.000 euros, dos que a Xunta financiará 280.000 e os dous Concellos a contía restante. Á vez que recibe a formación precisa para a especialidade que lles corresponda, o alumnado do obradoiro efectuará diversas intervencións de interese xeral en

A xeración dun superávit de case 590.000 euros no Concello de Oroso durante 2016 permite agora empregar gran parte dese remanente líquido de tesourería para investimentos. En total, serán 500.000 euros destinados a seis proxectos de obras. A modificación orzamentaria precisa foi aprobada polo pleno, por unanimidade dos edís presentes. O principal proxecto que se financia neste grupo de obras, polo seu importe económico, é a dotación do servizo de saneamento entre Os Carballos e o lugar do Vilar de Arriba, na parroquia de Deixebre. Esta intervención está orzamentada nun total de 190.000 euros. Tamén se contempla a reparación da pista que vai desde O Cachopal ata a igrexa de San Mamede, na parroquia dos Ánxeles, cun investimento de 130.000 euros, máis a reurbanización da Rúa de Ourense, en Sigüeiro, á que se destinarán 100.000 euros.

espazos públicos. No caso de Ordes, xa se adiantou que acondicionarán os locais sociais da antiga escola do Mesón do Vento e de Parada, mellorarán a contorna do parque Pilar Martínez e daranlle continuidade ás melloras xa iniciadas no paseo Ramiro Recouso. A sede do obradoiro do emprego estará na antiga estación ferroviaria de Parada. O proceso selectivo para participar xa está aberto. Cómpre ter presentada unha solicitude na Oficina de Emprego. En xeral, terán preferencia persoas beneficiarias da Renda de Integración Social de Galicia (Risga), mulleres, vítimas da violencia de xénero, traballadores que esgotaran as prestacións ou subsidios por desemprego, parados de longa duración, maiores de 45 anos, persoas sen titulación universitaria ou de FP de grao superior, e persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social. En toda a provincia, aprobáronse 24 obradoiros similares.

Outras tres actuacións que se acometerán con cargo ao superávit do ano pasado serán a dotación de alumeado na senda peonil na Fálmega e no Piñeirón, por importe de 30.000 euros; a instalación dunha bomba de presión hidráulica en Vilar de Arriba, orzamentada en 25.000 euros; e a colocación de céspede artificial na zona do parque infantil do Carboeiro, en Sigüeiro, para a que se reservan unha cantidade de 25.000 euros. O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, afirma que “grazas á boa xestión feita polo goberno municipal nos últimos anos podemos manter a ampliar servizos para a poboación e ademais acometer obras de moito interese para todo o municipio”. O rexedor explica ademais que as obras ás que se destina o medio millón de euros conforman investimentos financeiramente sostibles, polo que se cumpre a lei de estabilidade orzamentaria.


Crรณnicas - Agosto 2017

9

PUBLICIDADE


10

Crónicas - Agosto 2017

ACTUALIDADE OROSO

MESÍA Os veciños denuncian inseguridade e o Concello instou á Xunta a intervir

O alcalde reivindica melloras no servizo do transporte metropolitano

Queixas pola falta de limpeza na estrada autonómica de Xanceda ás Travesas

Reunión en Teo sobre transporte

A falta de limpeza nas marxes da estrada AC-223, que vai desde Xanceda (Mesía) ata As Travesas (Carral) atravesando unha parte de Abegondo, está ocasionando xa queixas veciñais. A maleza invade as cunetas e deixa practicamente inutilizables as xa de por si escasas beiravías. Incluso chega a tapar sinais de tráfico. Por iso, a veciñanza critica a perigosidade á hora de circular, tanto para os vehículos como para os desprazamentos a pé, sobre todo tendo en conta que se trata dun vial con tramos de moitas curvas. Consideran que a Xunta, titular da estrada, debería intervir canto antes e proceder á limpeza: “é un auténtico abandono”, explica un, que se estaría producindo desde hai varios meses. Tamén desde o Concello de Mesía son conscientes da situación e xa dirixiron un escrito aos responsables da administración autonómica para que resolva canto antes a situación, segundo explicaron responsables do goberno municipal a Crónicas.

“As necesidades da nosa poboación en transporte son de liñas de cercanía e a día de hoxe o plan de transporte metropolitano non as cobre”. Este é o prantexamento do alcalde de Oroso, Manuel Mirás, ante a tramitación do novo plan de transporte por parte da Xunta de Galicia. O rexedor expresou tal prioridade nunha reunión sobre transporte dos Concellos da coroa de Santiago (Ames, Brión, Oroso, Santiago e Teo), na que avaliaron os problemas comúns e consensuaron estratexias para intentar mellorar o servizo na interlocución coa Xunta.

A invasión da maleza impide usar as exiguas beiravías e reduce a visibilidade

ORDES

OROSO Vai desde a zona da Baiuca ata a igrexa de Santa Eulalia

O PSOE empraza á Xunta a garantir a supervivencia dos galegos en Venezuela

A nova senda peonil construída en Senra tivo un custo de 160.000 euros

Manteiga, Rodríguez e Pedreira

Os socialistas ordenses promoveron iniciativas no Concello e no Parlamento de Galicia para instar á Xunta a establecer axudas que garantan o acceso da emigración galega en Venezuela a medicamentos e produtos de primeira necesidade, dos que se ven privados por mor da crise política e económica que vive o país americano. A iniciativa, que parte da constatación de varios casos en Ordes, foi presentada polo portavoz municipal, Alejandro Manteiga; a parlamentaria autonómica Begoña Rodríguez Rumbo; e o secretario xeral da Agrupación Socialista de Ordes, Xesús Pedreira. O pleno ordense aprobouna por unanimidade.

Unha nova senda peonil comunica en Senra (Oroso) o lugar da Baiuca coa igrexa parroquial de Santa Eulalia, pasando polas Canteiras e chegando ao Formigueiro. O proxecto supuxo para o Concello un investimento de case 160.000 euros. Nunha visita aos traballos acompañado polo alcalde, Manuel Mirás, o concelleiro de Obras, Eduardo Veiras, explicou que a senda “ten pouco menos de dous quilómetros pero dará moi bo servizo aos veciños e veciñas porque unirá as beirarrúas da Baiuca na estrada provincial de Sigüeiro a San Mauro cunha das zonas máis concorridas da parroquia, na que se sitúan a igrexa e o campo da festa”. O Concello tamén confirmou o remate das obras da senda entre Porto Avieira e O Piñeirón, na Gándara, que precisou un investimento de 116.000 euros en 1,2 quilómetros de lonxitude. Dálle continuidade á xa existente e permite a circulación a pé con seguridade desde O Piñeirón ata a capital municipal.

A nova senda en Senra aproxímase aos dous quilómetros de lonxitude

As novas sendas teñen son practicamente idénticas ás outras dez que se foron construíndo no municipio, xeralmente cunha base de grixo artificial compactado e por riba formigón con quince centímetros de espesor. A anchura é de dous metros.

En Senra, o alcalde anunciou os traballos de limpeza e acondicionamento de todas as sendas, a cargo de catro persoas contratadas no Plan de Integración Laboral da Deputación: dous peóns de limpeza, un oficial de primeira e un peón de albanel.


Crónicas - Agosto 2017

11

PUBLICIDADE

¿Conoces el proyecto educativo de Trastes? Ven y te lo explicamos en persona Escoger la escuela infantil de nuestros hijos no es una tarea sencilla, porque es imprescindible que tengamos confianza en la calidad de sus servicios. En primer lugar debemos tener en cuenta que las escuelas infantiles desarrollan un servicio educativo reglado, regido por ley en numerosos aspectos (titulación del personal, instalaciones, equipamiento, comida, higiene). Por eso, a diferencia de otros servicios ofrecidos para hacerse cargo de niños, las escuelas infantiles están sometidas a numerosas inspecciones y controles periódicos que garantizan su correcto funcionamiento. Por otra parte está el proyecto educativo. Siguiendo la normativa vigente al respecto, Trastes Centros de Educación Infantil cuenta con un proyecto innovador, original y de propia autoría, que está basado en la estimulación temprana y en la enseñanza del inglés desde el aula de 0 a 1 año. Dicho proyecto incluye material didáctico con el que trabajan los niños y niñas durante cada trimestre. Las familias reciben comunicaciones trimestrales en las que se explican los aspectos que van a ser trabajados en el aula, junto con pautas para que presten su colaboración desde el hogar. Al final de cada trimestre, cada alumno se lleva a casa

el proyecto educativo que ha realizado en la escuela (también los bebés), junto con la evaluación educativa de su tutora, en la que da cuenta del progreso del alumno observando numerosas variables revelan su evolución en las distintas vertientes que

escuelaContalento: La asistencia pedagógica profesional más cercana Enfrentarse a una nueva etapa educativa es complicado, porque a veces el nivel de exigencia académica cambia mucho entre un curso y el siguiente. Si a vuestro hijo se le atraganta alguna materia, tiene problemas de comprensión lectora o le cuesta aprenderse una lección, podéis contar con la ayuda profesional de escuelaContalento, que ofrece sus servicios en Sigüeiro y Ordes. escuelaContalento cuenta con profesionales multidisciplinares para ayudar a cada alumno a superar su dificultad académica, de forma personalizada y desde el análisis de la raíz del problema. De hecho, las familias tienen a su disposición el Gabinete Psicopedagógico y Logopédico. Consultadnos sin compromiso

sobre las necesidades específicas de vuestro hijo y el programa que os podemos ofrecer para ayudarle. Actividades de ocio escuelaContalento ofrece además servicios de ocio educativo personalizables, en el que se pueden incluir juegos en grupo, actividades de movimiento, juegos de agua, hinchables… Asimismo, disponemos también del servicio ChildCareContalento, servicio de asistencia a domicilio para el cuidado de bebés y niños en ausencia de sus padres. Nuestro teléfono principal de contacto es el 881 981 905. También podéis consultarnos por escrito en oroso@escuelacontalento. es

atañen a su desarrollo: conocimiento de sí mismo y autonomía personal; conocimiento del entorno; y comunicación y representación. Concertad una visita Si estáis buscando una escuela

infantil nos gustaría explicaros con detalle cómo trabajamos. Para ello la directora del centro está a vuestra disposición para mostraros nuestras instalaciones y solventar todas vuestras dudas. Cómo es la rutina diaria, experiencias, bits de inteligencia, música, masaje de bebés, menú mensual, salidas al exterior, psicomotricidad, el libro viajero, informes diarios vía móvil, servicio de webcam… Para nosotros la comunicación y transparencia con las familias es la clave de la calidad de nuestro servicio. No dudes en concertar una visita llamando al 981 690 944 o bien a través del correo electrónico oroso@escuelainfantiltrastes.es. Tienes también toda la información sobre nuestro proyecto en www.escuelainfantiltrastes.es Tu red Trastes Centros de Educación Infantil en A Coruña-A Grela, A Coruña-Los Rosales, Madrid, O Carballiño-Ourense, Oroso, Paracuellos de Jarama, Poio-Pontevedra, Puertollano, Santiago, Valencia y Valladolid.


12

Crónicas - Agosto 2017

ACTUALIDADE OROSO

COMARCA O alcalde de Oroso valora as obras pero lamenta que tardasen tanto

Roteiro guiado o 25 de agosto polo Camiño Inglés da Ponte Pereira á Ponte Sigüeiro

A Xunta acondiciona o Camiño Inglés no trazado oficial desde Mesía ata Santiago

En Oroso, organizan un roteiro guiado polo traxecto do Camiño Inglés desde a Ponte Pereira ata a Ponte Sigüeiro, uns dez quilómetros en total. Será o venres 25 de agosto. Haberá un autobús con saída desde Sigüeiro ás 16:00 horas para acudir ao punto de partida. As prazas están limitadas á capacidade do autobús, aínda que tamén se admiten participantes que se despracen ata a Ponte Pereira pola súa conta. As anotacións poden efectuarse no Centro Cultural en Sigüeiro ou no 981 69 09 03. As persoas menores de idade deberán ir acompañadas. A dificultade do traxecto é baixa. Estará guiado por un historiador e por un ambientalista. Farán paradas nos lugares de maior interese para describir o patrimonio e os recursos. Esta actividade serve para poñer en práctica a guía ‘Descrición do Camiño Inglés da Coruña a Compostela’, de Manuel Pazos e Trese Barton.

Os traballos comezaron na zona de Oroso e poderían estar rematados no outono

O Camiño Inglés está sendo acondicionado desde Hospital de Bruma (Mesía) ata Santiago, nun proxecto emprendido pola Xunta que supón o gasto de máis de 322.000 euros. A intervención céntrase no trazado do Camiño delimitado de xeito definitivo en 2014. As obras consisten en retirar os

elementos sinalizadores para reparalos e, no seu caso, reubicalos, de maneira que respecten o novo trazado oficial e faciliten o percorrido dos peregrinos. Tamén se instalarán novas sinalizacións, así como placas de quilometraxe e cunchas cerámicas. Non menos necesaria resulta a outra parte da intervención. Centra-

rase nos treitos que presenten unha maior deterioración, nos que se explanará o terreo para de seguido afirmar a superficie utilizando chan seleccionado e saburra. Á vez, acondicionaranse cunetas e habilitaranse pasos de auga e outros elementos que axuden na correcta drenaxe. Os traballos comezaron nas inmediacións da Fonte da Santiña, en Deixebre (Oroso). Acudiu a visitalos o delegado provincial da Xunta, Ovidio Rodeiro, ademais de diversos concelleiros de Oroso, encabezados polo alcalde, Manuel Mirás. Rodeiro destacou a aposta da Xunta polo desenvolvemento do Camiño como recurso económico, favorecendo a súa dimensión internacional. O alcalde expresoulle ao cargo autonómico a necesidade de que o Camiño Inglés “quede perfectamente sinalizado”, despois de levar “demasiado tempo agardando” unhas obras tan necesarias, debido a que “as autoridades competentes tiveron o Camiño Inglés totalmente abandonado”, declara Mirás.

OROSO

TORDOIA A Deputación transfírelle ao Concello a xestión do servizo a visitantes

Levan aos parques o reparto de recolledores de cartón para os excrementos de cans

O Dolmen de Cabaleiros conta con visitas guiadas ata o 25 de setembro

Entrega dun dos recolledores

A campaña do Concello de Oroso para lograr que todas as persoas propietarias de cans recollan os seus excrementos cando os sacan a pasear chegou aos parques municipais. Integrantes de Protección Civil, acompañados na primeira xornada polo concelleiro de Limpeza Viaria Antonio Leira, repartiron nos parques e nas rúas dípticos e parte dos 3.000 recolledores de cartón deseñados para tal tarefa que o Concello distribúe na campaña, denominada ‘Eu si que o fago’ e que ten como obxectivo unha maior concienciación entre donos de mascotas.

Xa comezou a tempada de visitas guiadas ao Dolmen de Cabaleiros, en Tordoia. Todas as fins de semana e festivos, desde o pasado 30 de xullo ata o 25 de setembro, e en horario de 10 a 19 horas, as persoas que o desexen poderán dispoñer do servizo, que lles explica as características do monumento. O programa está xestionado polo Concello, tal como recolle un acordo suscrito pola Administración local e a Deputación da Coruña. O convenio, asinado polo alcalde, Antonio Pereiro, e o deputado provincial de Patrimonio, Xesús Soto, contempla ademais unha achega de 2.280 euros do organismo provincial ao municipal para a prestación do servizo. No acordo figuran tamén diversas accións de divulgación, comunicación e promoción do monumento, que ten unha antigüidade estimada duns seis mil anos e que pertence ao patrimonio da Deputación desde os anos setenta. O deputado provincial, Xesús Soto, razoou a transferencia da xes-

O alcalde asina o acordo sobre o Dolmen co deputado provincial Xesús Soto

tión do servizo ao Concello como a opción “máis acaída” pola súa proximidade e destacou a importancia de darlle a coñecer o patrimonio á propia poboación local. O pasado mes de abril, a Deputación xa aprobara a sinalización do

Dolmen de Cabaleiros con paneis indicativos sobre pedra. Á vez, ten previsto habilitar os terreos contiguos como zona de aparcadoiro e emprazar a caseta de atención turística, co doble propósito de mellorar a contorna e facilitar as visitas.


Crónicas - Agosto 2017

13

MEDIO AMBIENTE Grazas á mellor operativa e eficiencia industrial e ao equipo humano comprometido con altos estándares de calidade

Sogama reduce o vertido en preto dun 33% e incrementa a súa produción enerxética en máis dun 22,5%

vando a vertedoiro 126.171, no mesmo intervalo de tempo do ano en curso os residuos tratados na PRTE ascenderon a 296.728 toneladas, un 16,34% máis, e os desviados ao vertedoiro de residuos non perigosos de Cerceda diminuíron ata chegar a 84.593 toneladas, un 32,95% menos. Este logro foi posible grazas a unha mellor operativa e eficiencia industrial, así como a un equipo humano comprometido con altos estándares de calidade, circunstancia que permitiu á entidade maximizar o rendemento das súas instalacións e, xa que logo, recuperar maior cantidade de refugallos. Co seu proxecto de ampliación, a través do cal incrementará a capacidade do seu complexo nun 81%, a compañía aspira a chegar ao vertido técnico cero, considerado o máximo expoñente da economía circular, e converter en recursos a totalidade dos residuos recepcionados.

Vista aérea do vertedoiro de residuos non perigosos de Sogama en Cerceda No transcurso do primeiro semestre de 2017, e tomando como referencia o mesmo período do ano anterior, Sogama reduciu en preto dun 33% o depósito de residuos en

vertedoiro, incrementando o tratamento dos mesmos no seu complexo medioambiental. Desta forma, e mentres que du-

rante a primeira metade do 2016 procesou na súa planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible (PRTE) un total de 255.063 toneladas de lixo convencional, le-

Neste escenario, cabe sinalar que a entrada de lixo nas súas dependencias mantívose prácticamente estable, aumentando nun 0,02%. É dicir, das 381.234 toneladas de bolsa negra recibidas no primeiro semestre de 2016, pasouse a un total de 381.321.

Valor enerxético para os residuos non reciclables: o 12% da electridade que consume Galicia Así mesmo, é preciso indicar que a maior eficiencia industrial trasladouse igualmente a unha maior produción enerxética, véndose esta incrementada nun 22,59%. Mentres que no primeiro semestre de 2016, a entidade produciu un total de 212.288 MWh a partir do lixo non reciclable (contemplando a súa planta termoeléctrica, de coxeración e biogás), esta cifra viuse incrementada no 2017, chegando aos 260.236 MWh. Neste sentido, cabe recordar que a empresa produce a electricidade equivalente ao consumo do 12%

dos fogares galegos e faino ademais poñendo en valor un material que, de non seguir este camiño, acabaría desaproveitado en vertedoiro e ocasionando un notable impacto ambiental. Para levar a cabo o seu labor, a Sociedade Galega do Medio Ambiente utiliza tecnoloxías de última xeración e potentes sistemas de depuración de gases cos que garante o máximo respecto á contorna e a saúde, situándose todos as súas parámetros de emisión moi por baixo dos límites legais. Tamén aquí é necesario recordar

que as plantas de valorización enerxética son as infraestruturas máis controladas de todo o ámbito industrial, pesando sobre as mesmas unha rigorosa normativa, moito máis esixente que a que rexe para outras plantas. Os países do norte de Europa, que son precisamente os máis desenvolvidos e comprometidos co medio ambiente, caracterízanse por dispoñer de altos índices de valorización enerxética, circunstancia que lles permite contar con taxas meramente testimoniais de vertido, situándose en todos os casos por baixo do 4%.

Javier Domínguez Lino, presidente de Sogama


Crónicas - Agosto 2017

14

ACTUALIDADE ORDES

TORDOIA Está previsto que as obras, de 60.000 euros, comecen a finais do verán

Emprazamento á colaboración e á denuncia veciñal para atallar o vandalismo

Concello e Xunta acordan investir no saneamento do Castro, en Bardaos

As recentes pintadas, que non grafitis, en lugares públicos, e os danos e roubos en mobiliario urbano e mesmo de animais no paseo fluvial Ramiro Recouso, fixeron que o Concello de Ordes solicitase a colaboración veciñal para atallar e reducir os actos de vandalismo. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, trasladoulles a súa preocupación por estes feitos a representantes dos principais corpos e forzas de seguridade do municipio, polo dano económico e a degradación que ocasionan. Na mesma liña, anima aos veciños e veciñas a que avisen de inmediato ás forzas de seguridade cada vez que sexan testemuñas de feitos que atenten contra bens no espazo público. “Moi especialmente de noite, que é cando se reduce o número de efectivos na localidade, polo que o máis recomendable é contactar coa Garda Civil no 062, e de día tamén coa Policía Local no 676 975 533”, di.

ORDES

O Mercado, Little Coffee e Abacco reciben os premios do terceiro Concurso De Bo Dente O establecemento O Mercado acadou o primeiro premio no III Concurso de Tapas ‘De bo dente’, en Ordes. O segundo premio correspondeulle ao Little Coffee e en terceira posición clasificouse o Abacco. Ao peche desta edición, os premios estaban a piques de entregarse nun acto na Praza de Abastos. En conxunto, reciben uns 700 euros e cadansúa botella de Mágnum Costeira. Os premios decidíronos os clientes que foron cubrindo os boletos de votación, depositándoos nas urnas situadas en cada un dos vinte establecementos en concurso. Ademais, o pasado 1 de agosto xa se sortearon entre todos os clientes tres lotes de agasallos con viaxes, cervexa, cestas de froita, vales desconto para o comercio local, botellas de viño e 24 agasallos sorpresa. O concurso contou coa colaboración de Froitas A Nova, Stilos, Estética D´Chus, Sanmede, Carma, Chic, Sportec, Ignacio, Cancela, Asociación Cultural e de Festexos da Vila de Ordes e Estrella Galicia.

Beatriz Mato e Antonio Pereiro, asinando o convenio para a execución das obras

O Castro, en Bardaos (Tordoia), contará cun sistema de saneamento e depuración de augas residuais nos vindeiros meses. O Concello e a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio acordaron o investimento duns 60.000 euros nun convenio asinado polo alcalde, An-

tonio Pereiro, e a conselleira, Beatriz Mota. A previsión da Xunta é que as obras, acometidas por Augas de Galicia, poidan comezar a finais do verán. Permitirán que a aldea conte por primeira vez cunha rede de saneamento e tratamento que garanta o bo es-

ORDES

ORDES

Un becerro criado en Pereira marca o récord en Silleda

O animal vendeuse por 1.638 euros a un carniceiro de Vilanova de Arousa

Un becerro criado en Pereira (Ordes) marcou a cotización máis alta das que se levan rexistrado na lonxa de Silleda. Un carniceiro de Vilanova de Arousa pagou por el 1.638 euros. O anterior récord dos becerros carniceiros en Silleda databa de 2014, cun animal polo que se

tado ecolóxico das augas e dos ecosistemas polos que se deriven. Unha vez rematadas, as obras pasarán a formar parte do patrimonio municipal, de maneira que o Concello será o encargado da súa posta en funcionamento, da súa explotación e do seu mantemento. Ao Concello tamén lle corresponde poñer á disposición do departamento autonómico os terreos necesarios para a obra e as xestións pertinentes para obter os permisos, licenzas e autorizacións. En cambio, calquera incidencia ou modificación do proxecto que apareza durante a execución dos traballos correspóndelle a Augas de Galicia, de acordo co convenio, no que se establece que o organismo autónomo contratará, financiará e executará os traballos. De cara ao futuro, Augas de Galicia poderá inspeccionar a rede e, no caso de velo necesario, requerir que o Concello acometa os traballos necesarios para manter a infraestrutura en boas condicións de utilización.

pagaran 1.500 euros. A res pertencía a Isabel Garabato Ares, responsable dunha explotación familiar situada na parroquia ordense. Os seus coidados, xunto coa alimentación e a xenética do animal, son os principais responsables do valor que conseguiu acadar.

Preparan unha nova Feira de Oportunidades na Praza de Abastos desde o 25 ata o 27 de agosto O comercio de Ordes ofrecerá unha nova Feira de Oportunidades, a quinta das que se levan feito e a segunda este ano, entre os días 25 e 27 de agosto. Contará con trece postos no primeiro andar da Praza de Abastos. O horario será de 10 a 14 horas pola mañá e de 16 a 21 horas pola tarde. O Concello de Ordes, como organizador, abriu a participación a comerciantes con establecemento aberto no municipio. Agárdase a presenza de sectores do téxtil, o calzado, a bixutería, cerámica, decoración... Os negocios ofrecerán descontos especiais con motivo da feira, relacionados co fin de tempada pero mantendo a calidade habitual. En calquera das tres xornadas da Feira de Oportunidades, está previsto ofrecer un servizo de ludoteca para os cativos. O venres funcionará de 18 a 20 horas. O sábado e o domingo o horario manterá este horario, pero tamén estará operativo polas mañás, entre as 10:30 e as 12:30 horas.


Crรณnicas - Agosto 2017

15

PUBLICIDADE


16

Crónicas - Agosto 2017

ENTREVISTA ENTREVISTA José Luis Martínez Sanjurjo, alcalde do Concello de Ordes

“Agardamos iniciar en breve o centro sociocomu cun investimento de 300.000 euros achegados p - Está satisfeito co procedemento seguido para a aprobación dos orzamentos? Acudiu á cuestión de confianza porque era o sistema máis rápido ou porque calquera intento de diálogo coa oposición era totalmente inviable? - O que me gustaría, loxicamente, sería podelos ter aprobado, como moi tarde, a comezos do exercicio, como fan a maior parte das corporacións municipais para, dese xeito, poder desenvolver unha xestión máis normalizada. Lamentablemente carecemos de maioría e houbo algúns concelleiros que antepuxeron os seus intereses persoais e as súas ansias destrutivas ao interese xeral de Ordes, tratando de obstaculizar a nosa xestión. Como pola vía de diálogo non foi posible o acordo, malia que o tentamos con insistencia, sempre na procura do mellor para Ordes, non tivemos máis alternativa que utilizar a fórmula que a lexislación nos ofrece para superar a parálise á que outros pretendían condenarnos. Afortunadamente para as veciñas e veciños de Ordes, non acadaron o seu obxectivo, e Ordes terá orzamento, aínda que sexa con retraso de máis. - Cales son os principais proxectos que facilitarán os novos orzamentos? - Fundamentalmente trátase de facilitar a xestión cotiá do Concello, que poidamos solicitar e xestionar subvencións con normalidade -é sabido que algunhas esixen cofinanciamento municipal e sen presupostos iso non é posible– e tamén atender necesidades en materia de obras públicas, camiños, instalacións deportivas, convenios con clubes e deportistas,e outras necesidades de gasto corrente. Cos presupostos aprobados, agardamos poder iniciar á maior brevidade as obras do comprometido centro sociocomunitario. O centro ubicarase na vila, na rúa Campomaior, cun investimento de 300.000 euros achegado polo Consorcio Galego de Igualdade e Benestar da Xunta de Galicia, en dúas anualidades. Este equipamento permitirá dotar a vila dun lugar axeitado para o encontro diario dos nosos maiores, mellorar as dotacións co fin de garantir unha eficaz atención por parte dos servizos sociais, e gañar espazos para o desenvolvemento de actividades municipais e doutras entidades. Paso a paso seguimos a folla de ruta marcada no noso programa electoral, porque os compromisos cos

“Paso a paso seguimos a folla de ruta do noso programa, porque os compromisos cos veciños están para ser cumpridos”, afirma

zamentos polo procedemento ordinaveciños están para ser cumpridos. - Considera que lle debe ao BNG rio, sumando os apoios doutros grupoder rematar o mandato, ao deixar pos. Chegado o momento volveremos sen viabilidade os intentos de mo- tender a man e xa se verá como evoción de censura? luciona a situación. - Non é unha cuestión de débe- Prevé gañar os recursos presendas, senón de coherencia e honesti- tados contra os acordos do pleno dade persoal impulsados e política. Ata “O compromiso é baixar o grava- pola oposición para reo de agora, PP e BNG fo- me dos impostos e farémolo este baixar imposmandato, pero a desfeita que tos e estaron os únicos partidos de atopamos foi maior do agardado” blecer novos criterios na Ordes que se comportaron deste xeito. UXO e os tí- contratación menor? A que achaca teres da ingobernabilidade demostra- este conflito? ron que só saben facer política ma- En efecto, porque todas as nosas rrulleira, entorpecer e tentar encher decisións -e estas últimas moi espeos seus petos con dietas por asisten- cialmente- son adoptadas conforme a cia, como se demostrou co cambio de dereito, mesmo co respaldo expreso contías económicas (con incrementos dos técnicos municipais, e dos servido 50%) e número de comisións (pa- zos xurídicos da Deputación, aos que souse de 3 a 10) que forzaron e logra- trasladamos a consulta para unha ron hai uns meses. Buscan ou non en- maior seguridade. cher o bolsillo?. Como sinala un dito Agora resta a decisión dos tribunais que, sexa cal sexa, será acatada. popular, datos calan bocas. - Contempla que estes orzamen- Pero teño confianza nunha resolución tos vaian ser os de 2017 e tamén os favorable. de 2018 e 2019, con prórrogas? A que se debe o conflito? É evi- En política, un ano é unha eterni- dente que se enmarca nunha estradade. Neste caso, non procede adian- texia deseñada para poñer atrancos tarse aos acontecementos, alomenos á nosa xestión e tratar de evitar, por pola miña parte. Desde logo gusta- todos os medios, que o PP de Ordes ríame poder aprobar os vindeiros or- cumpra o seu programa en beneficio

dos veciños e incremente a súa base electoral nas vindeiras municipais. - Vostede asegurou ante as críticas dos seus antigos compañeiros de partido, hoxe no grupo de non adscritos, que aínda quedan un par de anos para cumprir a promesa electoral de rebaixar impostos, nomeadamente o da contribución. Pódelle poñer unha data concreta? Cal é o seu plan? - Presentámonos hai dous anos co compromiso de baixar os tipos de gravame de determinados impostos (IBI e ICIO), e ese compromiso mantense intacto. Pero a dimensión da desfeita que atopamos no Concello foi moito maior da agardada e por iso necesitamos tempo para acabar de regularizar a xestión e os equipamentos municipais. Pero que ninguén dubide da nosa palabra. Prometemos baixar impostos e farémolo neste mandato. Seguro. - Outro choque entre o goberno e a oposición nos últimos meses levou a que Ordes quedase nas portas da área metropolitana coruñesa. - Neste caso, vólvese poñer de manifesto o obstrucionismo sistemático ao que se ve sometida calquera proposta que parta do Goberno local, malia que beneficie aos veciños, como era a nosa pretensión.


Crónicas - Agosto 2017

17

ENTREVISTA riba de 45.000 a Santiago. Insisto que con novas liñas, estes datos poden medrar exponencialmente. A principal necesidade radica, ao meu entender, en lograr máis frecuencias, axustadas ás necesidades de desprazamento dos usuarios. Cando estas necesidades queden atendidas, poderemos darnos por satisfeitos. Mentres, toca seguir traballando e tocar todas as portas posiDe inicio, nós o único que preten- bles. diamos era que a Xunta de Galicia - Hai foros suficientes para propoanalizase a viabilidade da inclusión de ñer as melloras? - Ter voz e voto na futura Área MeOrdes na Área Metropolitana da Coruña; pero esa xestión non garantía a tropolitana da Coruña resultaría determinante para mellorar este e ouinclusión automática. - Cales pensa que poden ser as tros servizos públicos. Canto maior sexa a presenza de Ordes nos diferenconsecuencias? - Como é natural, as consecuen- tes foros de debate e de decisión, accias serán negativas, non para o al- tuais e futuros, mellor para Ordes e calde ou para os concelleiros, senón para a súa poboación. Máis capacipara toda a veciñanza de Ordes. Deste dade de decisión e maiores posibilixeito, perderemos capacidade de de- dades de desenvolvemento. Esa é a cisión en materia de transporte -e to- realidade. dos sabemos o importante que é esta Só un apunte adicional. Canto materia- e tampouco poderemos op- maior sexa a operatividade e funciotar a fondos europeos e nacionais que nalidade do transporte público, máis puideran chegar, a través da Área Me- atractivo resultará para os usuarios e tropolitana, para proxectos conxuntos maior será a ocupación. Refírome á nos que Ordes participase. necesidade de que os autobuses poE se queda algunha dúbida res- den acceder ao centro da cidade da pecto ao dano que Coruña, como demaiocausou esa deci- “Estou seguro de que en mandan sión da oposición, ritariamente os canto dispoña dos recur- usuarios. Pero engadir que, unha sos, Fomento iniciará o tampouco neste vez constituída a Área Metropoli- desdobramento da N-550” asunto atopei tana, a inclusión apoio nos conceserá moito máis difícil. Unha mágoa lleiros da oposición. - Infraestruturas. Barallaría fornon poder ternos sumado na fase inicial. Todos sufriremos as consecuen- mar unha fronte común co alcalde cias. de Oroso para lograr en Fomento as - En canto ao transporte, está sa- variantes da N-550 en Ordes e en Sitisfeito co servizo e co funciona- güeiro? mento do sistema de transporte me- Vaia por diante a miña boa relatropolitano? Que melloras necesita? ción persoal co alcalde de Oroso, pero - O transporte público é un ser- iso non me impide analizar a realivizo básico que utilizan moitos veci- dade obxectivamente, partindo de ños e veciñas, e que aínda encerra un que ambas variantes da N-550 se atoenorme potencial de crecemento. Os pan en fases completamente dispaúltimos datos do transporte metropo- res. A de Ordes está co proxecto realitano indican unha media de máis de lizado e á espera de crédito para o 41.000 viaxes anuais á Coruña e por inicio da execución das obras, e a de

unitario da vila pola Xunta”

Sigüeiro en estudo informativo recentemente exposto para alegacións. É verdade que a Fomento lle faltou axilidade para abrir o enlace da AP-9 de Sigüeiro, que tamén beneficia a Ordes, pero non é menos certo que o alcalde de Oroso tratou de utilizar a situación politicamente, en beneficio propio e do PSOE. Todos temos presente a dificilísima situación económica que atravesou España nos últimos anos -en boa parte- como consecuencia dunha xestión irresponsable de Zapatero, que nada fixo para esquivar unha crise que era obvia para todos menos para el. E esa crise traduciuse nun notable recorte do investimento en obras públicas para, entre outras cuestións, preservar sanidade, servizos sociais, educación e outras áreas prioritarias. Se calquera de nós tivera que elixir entre facer autovías ou manter abertos os hospitais, a resposta sería sempre a mesma, estou seguro. Por iso mesmo, estou seguro de que en canto o Estado dispoña dos recursos necesarios, o Ministerio de Fomento retomará as obras do proxecto de desdobramento da N-550 en Ordes. Non me cabe dúbida, pero como son una persoa perseverante, comprométome a recordar periodicamente esta necesidade oa ministro De la Serna. - En setembro, estudarán posibles cambios no tráfico en diversas rúas, a raíz dun informe da Policía Local de principios de ano. Que alcance cre que poderán ter as modificacións? Cando poderían aplicarse? - Como a competencia en materia de tráfico corresponde ao alcalde, encarguei o informe finais de 2016 e, posteriormente, en marzo deste ano, trasladouse a todos os grupos políticos nunha comisión informativa na que tiveron ocasión de formular observacións ás modificacións propostas. Como primeira medida, temos decidido reordenar o tráfico no entorno dos centros educativos do Paraíso e do Centro de Saúde. Farémolo an-

“Penso que a programación das festas é variada e atractiva” - Este ano, as festas patronais estrean un sistema de organización, a cargo dunha asociación. Está satisfeito cos resultados do novo modelo? - A verdade é que estou razoablemente satisfeito. Este é o modelo que se debería ter seguido desde sempre pero que, por razóns que non vén ao caso recordar, se foi aprazando ano tras ano ata o punto de que, ata datas moi recentes, era o Concello o que asumía esa responsabilidade na súa totalidade. Se nas parroquias son os veci-

ños os que se encargan, non entendo como non se podía facer na vila. Coa diferenza de que na vila hai negocios que multiplican a súa actividade e a súa facturación durante as festas. É unha evidencia que ninguén se atreverá a rebater. - Que lle parece o programa deseñado? - Penso que é variado -non só as festas, tamén a programación cultural previa- e, polo tanto atractivo. E demostra que non é necesario contratar formacións de caché millonario para organizar unhas festas dignas. Unhas festas -e para

min non é un asunto menor- que apostan tamén pola cultura autóctona, pola música galega, poñendo en valor e facendo compatibles as diferentes sensibilidades. - Cal é a implicación do Concello nas celebracións? - Brindamos todo o apoio que nos resulta posible, como tamén tratamos de apoiar as diferentes festas que organizan as parroquias. Porque unha cousa é apoiar, como é a nosa obriga, e outra moi diferente asumir enteiramente unha responsabilidade que non nos corresponde.

José Luis Martínez Sanjurjo, alcalde

tes do inicio do curso escolar, porque consideramos prioritario mellorar o tránsito nestas rúas. As demais modificacións afectan a boa parte do entramado urbano de Ordes (Campeiras, Casavella, Praza de Abastos, Rúa do Muíño,…), pero serán obxecto dunha valoración máis detallada por parte de toda a corporación na procura do maior consenso posible. Procuraremos executalas en varias fases ao longo dos anos 2017 e 2018. - O emprego segue sendo unha das maiores preocupacións da xente de Ordes, sobre todo a raíz da crise do sector téxtil. Prevé algunha nova iniciativa industrial en Ordes a curto ou medio prazo? - Podo adiantar que no parque empresarial de Merelle veremos novas instalacións no vindeiro ano 2018, que aportarán algunha nova oportunidade. Tamén seguimos traballando coa Consellería de Economía e Emprego da Xunta con boas expectativas. Pero neste momento quero e debo ser prudente. - Para este verán, agardaba contar cos resultados do estudo de viabilidade para poñer en funcionamento o viveiro de empresas no antigo centro comarcal. Xa o teñen? Cal é a conclusión? - Aínda que é cedo para avanzar unha decisión definitiva, estamos en contacto coa Cámara de Comercio da Coruña de cara á implantación dunha iniciativa deste tipo, porque creo, honestamente, que temos moita xente emprendedora e con talento que necesita apoio e merece unha oportunidade. Hai que ser prudentes e non procede botar as campás ao vóo. Pero coido que no derradeiro trimestre deste ano, se todo vai ben, o viveiro municipal de empresas de Ordes podería ser unha realidade tanxible, tendo sempre presente que os resultados e a ocupación tardan tempo en visibilizarse.


18

Crónicas - Agosto 2017

ACTUALIDADE COMARCA

TRAZO Retómanse os trámites para desbloquear os procesos de Trazo e de Benza

A Mancomunidade solicita axuda para manter activo o Centro de Información á Muller

A parroquia de Trazo agarda pola parcelaria desde hai cincuenta anos

A Mancomunidade de Ordes solicitoulle á Xunta unha axuda de case 101.000 euros para manter en funcionamento o Centro de Información á Muller (CIM). A entidade supramunicipal concorre así a unha convocatoria para a promoción da igualdade da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza. O CIM, que conta no seu haber co recoñecemento dun dos premios Coopera, está dirixido por unha profesional e integra tamén outras tres empregadas. Ofrece servizos xurídicos, psicolóxicos e accións para promover a igualdade. Ademais de acordar esta solicitude, o pleno da Mancomunidade deulle luz verde a outra petición para o programa de prevención e tratamento integral da violencia de xénero. De obter a axuda, permitiría a recuperación terapéutica en grupo de vítimas e doutras persoas recomendadas, atendidas por especialistas.

O delegado provincial da Xunta, Ovidio Rodeiro (centro), na notificación das bases

Sabido é que as concentracións parcelarias non son un asunto de moitas présas. Pero ás veces parece que se conxela o tempo. É o caso da parroquia de Trazo, onde levan cincuenta anos agardando pola ordenación dos seus terreos agrícolas. A primeira solicitude data de 1967 e a concentración foi decretada en agosto do ano seguinte, coa dictadura fran-

quista alardeando do que chamaban desarrollismo pero en realidade comezando a chegar ao seu final. Agora, é a Xunta, que nin sequera existía cando se decretou esta parcelaria, a que asume que hai que intervir. Faino tarde tamén, posto que en abril de 2005 a Asociación de Veciños de San Roque de Trazo renovou a solicitude. E entón si que había Xunta.

Hai uns días, deuse o paso de notificar as bases de concentración. É un trámite que recolle sinaturas dos propietarios e propietarias de terreos para determinar se manteñen interesa en concentrar. A parroquia conta con 891 hectáreas de superficie, distribuídas en 3.037 parcelas pertencentes a 320 persoas. A superficie media é de só 2.800 metros cadrados e toca case a dez parcelas por propietario. O proceso conta con estudo previo ambiental, que descarta ter que facer unha Declaración de Impacto Ambiental. Tamén ten contratado o proxecto técnico para definir a rede de camiños. A Xunta asegura que esta será a primeira concentración en Galicia na que se aplique a nova Lei de Reestruturación Parcelaria. Ao goberno galego cónstalle tamén que falta por concentrar a parroquia de Benza, de 1.167 hectáreas. O levantamento topográfico xa o ten feito, así que quizais non tarde cincuenta anos en verse rematada. Quizais.

TORDOIA

COMARCA Frades e Trazo non acadan a taxa mínima recomendada pola OMS

Lea entre oposición e goberno polos terreos do antigo campo de fútbol de Viladabade

Os municipios da contorna efectuaron 2.149 doazóns de sangue en 2016

A titularidade dos terreos que ocupaba o antigo campo de fútbol de Viladabade (Tordoia) ocasionou un conflicto entre parte da parroquia e o Concello. O asunto mesmo motivou a celebración dun pleno municipal extraordinario, solicitado pola oposición. Socialistas e nacionalistas pedían que a finca do Alto de Señarís fose devolta á parroquia. O goberno que lidera Antonio Pereiro (PP) replica que a oposición parte dunha “premisa errónea”, dado que o Concello conta con documentos que acreditan que é propiedade municipal desde 1967. A parcela, recentemente repoboada polo Concello, figura no inventario de bens e está inscrita no Rexistro da Propiedade, constando como adquirida por adxudicación na concentración parcelaria da zona e sen que se producise unha cesión veciñal. Por iso, segundo defende o Concello, a devolución non ten razón de ser porque nunca foi da parroquia.

Os sete municipios da comarca ordense (Cerceda, Frades, Mesía, Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo) rexistraron 2.149 doazóns de sangue durante o ano 2016, segundo un informe da Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS). A maior cantidade de doazóns de sangue produciuse en Ordes. Suma 793 nos doce meses. Este feito pode explicarse por varias razóns: é o concello con maior poboación, conta con maior movemento de xente ao concentrar servizos e comercio, e recibe a unidade móbil de doazón con máis frecuencia. O segundo municipio da zona con maior cantidade de doazóns o ano pasado foi Oroso. Foron 535. É unha contía bastante relevante, tendo en conta a súa poboación. De feito, ten a mellor taxa de toda a comarca, con 72 doazóns por cada mil habitantes, superando as 63 de Ordes. O feito de contar cunha poboación nova nun núcleo urbano como Sigüeiro contribúe a ofrecer unha maior cantidade de doazóns.

DOAZÓNS DE SANGUE 2016 CERCEDA FRADES MESÍA ORDES OROSO TORDOIA TRAZO

TOTAL 314 72 124 793 535 219 92

TAXA POR CADA MIL HABITANTES 62 30 46 63 72 62 29

Fonte: Axencia Galega de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS)

En termos totais e relativos, Cerceda ten o terceiro mellor rexistro da comarca, con 314 doazóns en total e unha taxa de 62 por cada mil habitantes. A mesma taxa dáse en Tordoia, cun total de 219 entregas. Así pois, Oroso, Ordes, Cerceda e Tordoia superan a recomendación da Organización Mundial da Saúde (OMS) de acadar entre 40 e 60 doazóns por cada mil persoas. Dentro do recomendado sitúase Mesía, onde acadan as 46 doazóns por cada mil persoas, cun total de 124.

En cambio, en Frades e en Trazo non chegan á taxa recomendada a nivel internacional. Frades suma só 72 doazóns en 2016, cunha ratio de 30 por mil habitantes, e en Trazo producíronse 92 en total, cunha taxa de 29, a menor da comarca. A ADOS lembra que as doazóns son tan ou máis necesarias durante o verán para garantir a actividade dos centros sanitarios. Os hospitais galegos precisan 10.000 doazóns cada mes para poder atender a todos os doentes.


Crรณnicas - Agosto 2017

19

PUBLICIDADE


20

Crónicas - Agosto 2017

ECONOMÍA LEITE O encarecemento da manteiga no mercado non se traslada aos produtores

Medra a marxe das industrias e nas granxas retrocede o prezo do leite As industrias lácteas están obtendo agora uns seis céntimos máis de beneficio por cada litro de leite que o que gañaban a comezos de 2016. Este considerable incremento da marxe de beneficio, calculado polo sindicato Unións Agrarias, débese ao encarecemento da manteiga nos mercados. Esta materia prima pasou duns tres euros por quilo hai ano e medio a estar camiño dos seis euros por quilo na actualidade. O seu aproveitamento xera uns ingresos extras para as compañías, que fai brillar a súa conta de resultados. O sindicato advirte outro feito, que é o estancamento ou incluso retroceso dos prezos en orixe. Con esta dinámica, estiman que as industrias gañan en Galicia uns trece millóns de euros adicionais cada mes, á vez que os Gandeiros perciben contías que malamente cobren os custos de produción. Como mostra, as últimas cotizacións oficiais publicadas polo Ministerio, correspondentes ao mes de

xuño, indican que o leite galego dá outro paso atrás e alónxase outro chisco da barreira dos 30 céntimos por litro. Queda en 29,7 céntimos, cando na medición anterior estaba en 29,9. Pola contra, nos demais países europeos están producíndose subas xeralizadas. Os datos de Unións Agrarias sinalan directamente a Lactalis, como o principal recolledor de leite en Galicia. Mentres que aos produtores franceses lles outorga un prezo base de 33 céntimos e con perspectivas de chegar a 36, o dos galegos sitúase nos 28 sen moita traza de suba, cando o produto ten a mesma ou maior calidade. 7 MILLÓNS MENOS AO MES A tendencia non semella que vaia ter variación a curto ou medio prazo. Tal como indica o Sindicato Labrego Galego, a renovación de contratos entre granxas e industrias en Galicia caracterízase polo mantemento dos prezos, sen que se albisque a suba que a lóxica aconsellaría á vista da

marcha dos mercados internacionais. Tendo en contao o diferencial das cotizacións, o SLG expón que o sector galego perde de gañar sete millóns de euros cada mes. É a cantidade que cobraría se o seu leite se pagase a prezos europeos. Á vista dos acontecementos, o SLG demandou unha vez máis a intervención da Administración e dos controis e inspeccións de Competencia. Esta organización considera que se está producindo “un acordo entre industrias lácteas como Lactalis e o resto das que operan en Galicia para pagar menos o leite que no resto do estado e nos países da contorna”, segundo asegura. O SLG sinala que cando se produce unha baixada nas cotizacións internacionais, por mínima que sexa, en Galicia ten unha tradución inmediata. Sen embargo, cando a tendencia en países como Francia ou Alemaña é a do ascenso, as industrias obviano. Por iso, o sindicato fala de situación “abusiva” con tintes de “extorsión”.

PREZOS DO LEITE

XUÑO / MAIO (€/litro) Galicia Andalucía Aragón Asturias Baleares Canarias Cantabria Castela-A Mancha Castela e León Cataluña Extremadura Madrid Murcia Navarra Euskadi A Rioxa Valencia ESPAÑA

0,297 0,325 0,301 0,329 0,300 0,449 0,307 0,323 0,311 0,303 0,312 0,318 0,312 0,316 0,386 0,327 0,322 0,310

0,299 0,323 0,303 0,332 0,302 0,449 0,309 0,326 0,317 0,317 0,313 0,320 0,307 0,312 0,344 0,316 0,323 0,312

MEDIAS ESPAÑA XUÑO 2013 0,339 2014 0,366 2015 0,303 2016 0,288 2017 0,310

PRODUCIÓN XUÑO 2016

2017

Galicia 220.813 tn 221.037 tn España 578.499 tn 582.089 tn Fonte: FEGA (01-08-2017)

ENTREVISTA ÓSCAR CORES GARAZO, NOVO ESTUDO DE ARQUITECTURA E ENXEÑERÍA EN ORDES

Vinte anos de experiencia cun servizo profesional e de calidade - Acaba de abrir en Ordes o novo estudo de arquitectura e enxeñería Óscar Cores. Está situado no número 27 da Rúa República Argentina e pódese contactar con el en ocores@hotmail.com ou no 676 540 978. Co seu responsable, vemos que tipo de servizos podemos atopar no novo estudio. - O estudio conta con todo tipo de servizos de arquitectura e enxeñería relacionados co mundo da construción, tales como xestión de proxectos de obra de edificios de vivendas, vivendas unifamiliares, locais comerciais, oficinas, tendas, naves industriais, reformas, ampliacións, cambios de uso, cálculos de estructuras, cálculos de instalacións, medicións e presupostos, así como xestión de licencias de obra, de actividade, de apertura, seguimentos de expedientes, informes, valoracións, certificacións enerxéticas... - Canta experiencia ten nesta actividade? - Aválanme practicamente 20 anos de experiencia no sector, o que me

permite ofrecer un servizo profesional e de calidade. Ademais conto co apoio dos mellores colaboradores, non só no ámbito local, senón a nivel nacional e incluso en Portugal. - Cal é a súa especialidade? - O deseño e construción de vivendas unifamiliares, edificios de vivendas e locais comerciais. - A que tipo de clientes se dirixe: particulares, empresas inmobiliarias...? - Pois os nosos servizos diríxense a todo tipo de clientes. - Ofrecen solucións integrais, encargándose tanto do aspecto técnico como do administrativo? - Si, efectivamente, ofrecemos un servizo completo que comenza coa toma de datos, deseño e confección do proxecto, incluíndo a presentación no Concello e a tramitación do expediente ata a resolución do mesmo. Realizamos presentacións en 3D con alto nivel de realismo a partir de ideas para unha mellor interpretación do cliente particular. - A nivel de estilo, apostan por

unha arquitectura tradicional, vangardista, a gusto do cliente...? - Tratamos de adaptar os proxectos aos gustos e necesidades do cliente. O cliente cóntanos cal é a súa imaxe ideal e nós proporcionamos toda a información necesaria para conseguila, de acordo á normativa vixente. - Por que é recomendable poñerse en mans de profesionais cualificados e experimentados neste sector profesional? - A construción de vivendas e outras edificacións sen licencia supón unha infracción que pode derivar en expedientes sancionadores, polo que é recomendable realizar todo tipo de construccións presentando un documento técnico elaborado por profesionais competentes no que se acredite que se cumpre a normativa vixente e se garantice a legalidade urbanística. - ¿Cal é o significado das siglas S M L XL que aparecen no seu logo? - É unha forma de clasificar o tamaño ou envergadura dos distintos traballos que ofrecemos, rendindo así

tributo ó grandísimo Arquitecto Rem Koolhaas, máis ó meu colaborador Francisco José Vázquez González, Arquitecto. - Algunha mención que queira destacar? - Si, quero agradecer a todo o equipo de profesionais que axudaron coa reforma do local o esforzo e dedicación para que a apertura fose posible. Tamén quero trasladar agradecementos á persoa que ata día de hoxe me deu a oportunidade de formarme profesionalmente, Jose Manuel Mirás García, ós profesionais colaboradores do meu día a día e sobre todo ó apoio incondicional de toda a miña familia.


Crónicas - Agosto 2017

21

ECONOMÍA

FORMACIÓN

A falta de fondos da Xunta fai que os Concellos paguen prazas de formación xuvenil A falta de fondos suficientes na Consellería de Política Social e a elevada demanda fixeron que os Concellos da comarca decidisen financiar máis prazas das que lles corresponden no programa de formación laboral xuvenil ‘Deseña o teu futuro’. Neste sentido, Ordes financia vinte prazas a maiores das cinco que lle correspondían. Aínda así, rexistrou unhas setenta peticións, polo que se tiveron que asignar por sorteo público. Mesía e Oroso financian tres prazas cada un, de maneira que a participación total chega a catro persoas de Mesía e sete de Oroso. En Frades, a achega municipal cobre unha praza, ata tres totais. En Tordoia, con dúas prazas, e en Cerceda e Trazo, con unha, non se precisou achega local. O programa, para mozos e mozas de 14 a 18 anos, facilita visitas a empresas e prácticas laborais en xornadas de catro horas diarias durante quince días en diversos sectores. Teñen os gastos cubertos e reciben seis euros diarios de dietas.

AGRICULTURA

INDUSTRIA

Internaco inviste dous millóns nunha nova planta e xa exporta produtos a uns cincuenta países O director do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), Juan Cividanes, visitou as instalacións da empresa Internaco en Queirúa (Ordes) para presumir do apoio autonómico aos investimentos que a compañía acometeu nos últimos anos para mellorar a súa competitividade. Segundo Cividanes, o investimento en innovación de Internaco explica a súa capacidade de internacionalización. A compañía chega xa a cincuenta países coas súas exportacións. O seu volume de negocio medrou un 30 % nos últimos catro anos, ata chegar a unha facturación de 42 millóns de euros en 2016. O IGAPE indica que o ano pasado a empresa ordense investiu uns dous millóns de euros nunha nova planta para fabricar en Ordes fío de plástico para desbrozadoras. O produto xa chega a mercados como Marrocos, Austria, Turquía, Estados Unidos ou Perú.

Para ese investimento, segundo o IGAPE, a empresa contou cun préstamo do chamado programa Jeremie. Outra das características da empresa destacada polo directivo autonómico foi a súa faceta como fabricante e exportador de grupos electróxenos especiais, baixo a marca propia Benza. Estes equipamentos destínanse a instalacións enerxéticas de ciclo combinado, plantas termosolares, coxeneración remota, vehículos militares, trens de mercadorías ou incluso para a Axencia Espacial Europea. Dentro do seu proceso de mellora, segundo o IGAPE, Internaco acolleuse a servizos do programa autonómico ReAcciona para optimizar os seus procesos e cadea loxística, e está aplicando servizos do programa ReAcciona TIC para incorporar solucións da Industria 4.0 e de dixitalización para seguir crecendo e avanzar na internacionalización.

Explotacións da zona reciben axudas para plans de mellora e novas incorporacións Explotacións agrogandeiras da comarca recibiron axudas da Consellería do Medio Rural para investir en plans de mellora e incorporar xente nova. A achega da Administración é duns 4,5 millóns de euros. Os titulares das explotacións contan con investir outros 2,5 millóns para as accións subvencionadas. Por municipios, a maior contía de subvencións para plans de mellora dáse en Trazo, con 824.000 euros para trece explotacións. Séguenlle Tordoia (562.000 euros e oito explotacións), Mesía (540.000 euros para sete), Ordes 522.000 euros e oito beneficiarios), Frades (498.000 euros para oito casos), Oroso (184.000 euros e dúas granxas) e Cerceda (72.000 euros en dúas iniciativas). Para apoiar o relevo xeracional, este é o reparto divulgado: Ordes (262.000 euros para seis casos), Mesía (257.000 para oito), Trazo (231.000 para sete), Tordoia (165.000 para catro), Cerceda (145.000 para tres), Frades (120.000 para dúas) e Oroso (50.000 para dúas).


22

Crónicas - Agosto 2017

XENTE DE AQUÍ COMARCA O Servizo de Normalización Lingüística desenvolve obradoiros en todos os municipios

O verán, unha boa época para exercitar a lingua O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Mancomunidade de Ordes desenvolveu nas últimas semanas unha serie de obradoiros para nenos e nenas de seis a doce anos de idade. Aproveitando algunhas das actividades organizadas polos Concellos de toda a comarca durante os meses de verán, efectuaron xincanas de xogos para estimular actitudes favorables á lingua galega e para xeralizar o seu uso. Dada a temática da maior parte das sesións, centráronse no eido deportivo. Ademais de ampliar o vocabulario, os asistentes a esta proposta lúdica e didáctica logran mellorar as súas habilidades de comunicación oral. O primeiro concello no que se desenvolveron estes obradoiros foi Mesía, con máis de corenta nenos e nenas do campamento estival. Seguíronlles os de Trazo, con trece cativos, e os de Frades, cuns quince. En Cerceda, a diversión coas palabras chegou a uns trinta nenos e nenas. Despois, a xincana proseguiu nos municipios de Tordoia, Ordes e Oroso.

Xincana lingüística con nenos e nenas de Cerceda

Unha das actividades do obradoiro no campamento de Mesía

Xogo coas palabras no paso da xincana por Frades

Participantes de Trazo na xincana da lingua do SNL

ORDES

Oito de cada dez aprobados no curso de preparación da ESO O curso de preparación de persoas adultas para a obtención da ESO obtivo un elevado nivel de aprobados en Ordes. Na área científico-tecnolóxica, o índice de aprobados é do 80 %, mentres que nos apartados de lingüística e sociais rexístrase un 78 %. En total, acudiron ás clases du-

rante varios meses máis de vinte alumnos e alumnas. No remate do curso, a concelleira de Educación de Ordes, Susana García, acudiu a entregarlles os diplomas e certificacións e animounos a seguir preparándose para obter maiores posibilidades no ámbito laboral.

Entrega de diplomas e certificacións no remate do curso preparatorio


Crónicas - Agosto 2017

23

XENTE DE AQUÍ

ORDES Benigno Rey e Lourdes Portos, protagonistas da ofrenda floral no vindeiro Día do Emigrante

“En Suíza acolléronnos moi ben, como a fillos” Benigno Rey Boo, natural de Beán (Ordes), e Lourdes Portos Lata, de Santaia de Moar (Frades), van ser os protagonistas da xa tradicional ofrenda floral no Día do Emigrante en Ordes, o vindeiro 16 de agosto. Este matrimonio, el de 68 anos e ela de 64, viviu trinta anos en Suíza, dado que marcharon por primeira vez en 1973, o ano antes de casar, e retornaron en 2003. Na primeira etapa estiveron en Berna e despois en Lugano, no cantón de Tesino. El traballou nos sectores da construción e a hostalaría, pero onde máis tempo estivo foi nunha empresa de limpezas. Uns vinte anos na compañía, na que tamén traballou Lourdes despois de pasar pola hostalaría. Ven como “algo marabilloso” que se acordasen deles para a ofrenda e destacan o significado da emigración nas súas vidas e nas de moitas outras persoas de toda a comarca. “Naqueles tempos, as posibilidades de defenderse na vida non eran moitas aquí en Galicia”, razoa Rey, o que os levou a probar sorte na diáspora. Benigno non ten nin un reproche á acollida que lles deron en Suíza: “acolléronnos moi ben, tratáronnos

Lourdes Portos Lata e Benigno Rey Boo, ante o monumento á emigración en Ordes

como se foramos fillos deles”, lembra, consciente de que non todos os emigrantes tiveron a mesma sorte noutros países.

A Suíza débenlle a ocasión de poder saír adiante na vida, pero en cambio non volveron de visita desde que en 2003 tomaron a decisión de

volver a Galicia. A razón é triste e sinxela: “xente que queriamos faleceu e ao chegar alí aquelo xa non é o que era, notas a falta e fastidia un pouco”, comentan. Sabida é a unión das comunidades galegas no exterior: “sempre nos xuntabamos na fin de semana, a xogar a partida de cartas e a pensar na terra”, di. E non poder reconstruír agora esa paisaxe humana fai que sexa máis agradable lembralo que volver ao lugar dos feitos. Tampouco terían quedado a vivir porque “sempre tivemos pensado volver, nunca perdemos a emoción de poder volver vivir de novo na nosa terra”. Non esqueceron nunca nin Beán nin Moar, e de feito o mes de vacacións de cada ano sempre o pasaban en terras galegas. Benigno observa como aínda a día de hoxe a emigración segue dando alternativas vitais. “Aínda hai un pouco de diferencia, e de feito desde que nós retornamos coñecín xente nova, electricistas de profesión, que estiveron alá, viñeron para aquí e volveron marchar porque supoño que alí debe de serlles máis doado sosterse, teñen outras posibilidades de vida”, relata.

Libros de texto r Material escola


Crónicas - Agosto 2017

24

XENTE DE AQUÍ ORDES Este ano superou os tres mil cans expostos, con diversidade de razas e moito pedigree

A Feira de Cans de Caza no Mesón do Vento centra a atención en todo o norte peninsular A Feira de Cans de Caza do Mesón do Vento, con vinte e seis anos ás súas costas, reforza a súa posición en todo o norte da Península entre eventos similares. Este ano reuniu máis de tres mil cans dunhas duascentas realas participantes, procedían de Galicia, Portugal, Huesca, León ou Asturias. A afluencia de público fixo de novo que se aproveitase o espazo con carpas exteriores para non saturar a nave feiral. Albergaron espazos de casas comerciais e postos informativos da Federación Galega de Caza e da Mesa Galega pola Caza. Tampouco faltaron os diferentes certames. Como mellor can da feira, foi distinguido Loco, de Hugo Mantiñán. Os grifóns azuis de Álvaro Edreira recoñecéronse como a mellor camada e os azuis Gascuña do Acibal como a mellor reala. Na competición de rastro de xabarín, modalidade trela, puntuable para a Copa Galicia, primeiros postos para Francisco Rodeiro co seu can Rato e para Iker Ortega co seu

Centos de persoas pasearon pola exposición de cans

Zeus. A proba de San Humberto tivo como gañadores a René Vale, José María Carnota e Jaime Aneiros. E nas probas júnior destacaron Nicolás Liste, Miguel Fernández e Hugo Mantiñán. Na entrega de premios participaron o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, e a concelleira Ana Soneira, así como o coordinador de competicións e o secretario xeral da Federación Galega de Caza, José María Álvarez e Ramón Rodríguez.

A mostra conta con exemplares de moi diversas razas

O recinto feiral acondiciónase especialmente para a celebración do evento

ORDES

OROSO

Un cuarto de século do encontro de danza en Leira

O violinista Petre Abraham Smeu, segundo nun certame portugués

As actuacións no campo da festa de Leira sucedéronse durante toda a xornada

O Encontro de Grupos de Danzas Rexionais de Leira (Ordes) celebrou este ano a súa vixésimo quinta edición, coa asistencia de numeroso público. Ademais da agrupación local Veciños de Leira, participaron formacións de Posada de Llanera (Asturias), do Porriño (Pontevedra),

de Frades, de Bueu (Pontevedra), de Cabanas (A Coruña), e de Carballo. O evento, que comezou cun xantar na carballeira antes de dar paso ás actuacións no campo da festa, conta coa colaboración do Concello e da Deputación da Coruña.

Petre Abraham Smeu, que reside en Porto Avieira (Oroso), gañou o segundo premio de violín no XVIII Concurso Internacional Cidade do Fundao (Portugal). O certame está organizado pola Academia de Dança e Música do Fundao e a cámara municipal do Fundao. O violinista presentouse este ano na categoría V, posto que na edición anterior gañara o primeiro premio da súa categoría de idade, o que lle impedía volver presentarse na mesma e obríago a concorrer nunha categoría superior. Tendo quince anos, competiu así con músicos de dezaoito anos de idade. No certame participaron 135 músicos de diferentes países, como Portugal, España, Brasil, Holanda e Alemaña. O concelleiro de Cultura de Oroso, Luís Rey, destacou o mérito que ten obter o segundo premio en tales circunstancias. Smeu xa obtivera o segundo posto cando se presentara a esta mesma cita en 2015. Entón tiña

O violinista ten 15 anos e reside en Porto Avieira

trece anos e destacou na categoría dos de quince e dezaseis. Seu pai, Theodor Smeu Stermin, agradeceu o apoio municipal e o labor dos profesores Grisha Nedobora, Anca Smeu, Lev Chistiakov e David Grimal.


Crónicas - Agosto 2017

25

XENTE DE AQUÍ

COMARCA

ORDES

O Aquapark refresca o verán

En marcha o programa cultural previo ás festas patronais

O Aquapark de Cerceda non deixa de recibir visitas de toda Galicia. E tamén da comarca, como é o caso das excursións organizadas por Mesía (imaxe superior, dúas saídas de 100 persoas cada unha) e Frades (imaxe inferior, 55 persoas na primeira saída).

Música, maxia, folclore, monicreques, circo, creatividade... A primeira quincena de agosto, nas xornadas previas ás festas patronais está traendo a Ordes numerosas actividades de entretemento para toda a familia. Nos vindeiros días, están previstos un espectáculo para bebés (o luns 7 no Parque da Constitución), teatro adulto (o luns 7 na Casa da Cultura), monicreques con Raquel Queizas (o martes 8 na Alameda), unha sesión de clown (o mércores 9 na Alameda), o festival de jazz da escola municipal de música (o xoves 10 na Alameda), un combinado de circo (o venres 11 na Alameda), e o Festival Desordes Sonoras (o sábado 12 no Parque da Constitución). Como en ocasións anteriores, a organización ten previsto trasladar as actividades á Casa da Cultura no caso de que a meteoroloxía impida que se desenvolvan ao aire libre. Unha vez concluído este programa, nominado como ‘Unha

A maxia abriu o programa cultural

viaxe pola cultura’, comezarán as festas patronais. O inicio será con Los Satélites e Principal o domingo 13 e o final de festa ofrecerá a Luar na Lubre e a orquestra Alaska o mércores 16.

s uesto iso p u s Pre mprom o sin c

Revisiones gratuitas

Clínica Dental • • •

Odontología General y Estética Ortodoncia Prótesis sobre implantes

• • •

Extracciones molares del juicio

Colocación de implantes Apicectomías Centro Sanitario Autorizado C-15-000297

Eduardo Pondal, 11 bajo. ORDES

981 680 320 - 620 822 531


Crónicas - Agosto 2017

26

XENTE DE AQUÍ FRADES

ORDES

Saída de sendeirismo pola zona de Ortegal con vinte persoas

Ágape en Santiago de Vilamaior

Participantes na saída, no banco próximo aos cantís de Loiba

Unhas vinte persoas participaron nunha saída de sendeirismo pola zona de Ortegal organizada polo Concello de Frades. Percorreron nunha xeira os 12,5 quilómetros do itinerario, entre Loiba, na provincia da Coruña, e O Vicedo, na provincia de Lugo. O traxecto serviulles para co-

ñecer praias como a do Carro ou a de Sarridal, o miradoiro do Coitelo, o cabo Ortegal ou o areal de Estaca de Bares. Tamén acudiron ao banco dos cantís de Loiba, do que se di que ten as mellores vistas do mundo, quizais por obra dalgún publicista habilidoso ou de éxitos accidentais.

ORDES - OROSO

Clausura dos cursos de natación

Xullo foi o mes para aprender a nadar para moitos dos nenos e nenas, e tamén persoas adultas, da comarca. Ordes e Oroso remataron as clases coa entrega de diplomas e festas especiais.

Unhas trescentas persoas acudiron a un xantar colectivo en Vilamaior (Ordes), como celebración do Apóstolo Santiago, precedido dunha misa na Capela do Socorro e seguido por unha actuación sonora.

Crónicas

Somos vento a favor para o teu negocio Contrata a túa publicidade no 617 917 130


Crónicas - Agosto 2017

27

DEPORTES

BALONCESTO Terá tres categorías e poderán competir a nivel federado

XADREZ

Oroso crea unha nova escola deportiva co Obradoiro e o CEIP Camiño Inglés

Martín Pena, do Club Xadrez Oroso, terceiro clasificado no Torneo Blitz xogado en Arteixo

Acordo entre o Concello, o CEIP Camiño Inglés, o Obradoiro e a Fundación Heracles

Os nenos e nenas de Oroso poderán acudir no vindeiro curso a unha escola de baloncesto, creada polo Concello, o CEIP Camiño Inglés de Sigüeiro, o Obradoiro e a Fundación Heracles, ligada ao club santiagués. O persoal técnico cualificado desta entidade dirixirá e tutelará a actividade deportiva da escola. A nova escola contará coas cate-

gorías baby basket, premini e mini, que poderán participar en competicións federadas. As inscricións habilitaranse nas webs do Concello e do CEIP Camiño Inglés, a 12 euros mensuais para alumnado deste centro e 15 euros para os demais. O Concello de Oroso destaca que a nova iniciativa amplía a oferta de formación deportiva no municipio.

ISLIA

C/ Ramón Ferreiro nº 2 - ORDES Telf: 981 681 394

Na sinatura do acordo de creación, o alcalde, Manuel Mirás, agradeceu a colaboración acadada e explicou que o baloncesto é unha opción que se adapta ao perfil da veciñanza porque “temos unha poboación nova, cunha media de idade de 38 anos, e moitos nenos e nenas, aos que é importante inculcarlles os valores deste deporte”. O director do CEIP Camiño Inglés, Francisco Ávila, declarou que o deporte é parte “esencial” do proxecto educativo do centro. O CEIP facilitará o uso das pistas para a escola en horario extraescolar, de luns a venres entre as 16 e as 18 horas. Para Óscar Rodríguez, directivo do Obradoiro que suscribiu o acordo, este tipo de escolas axúdanlles a crear canteira para o equipo. Agarda que de Oroso saian xogadores en breve. José Ángel Casal, presidente da Fundación Heracles, engadiu que o máis importante “son os valores que o baloncesto pode achegar, posto que é un deporte que valora tanto unha canasta como unha asistencia e obriga a un esforzo intelectual”.

Martín Pena Varela, xogador do Club Xadrez Oroso, acadou o terceiro posto na clasificación do Torneo Blitz (3’ + 2”) do Concello de Arteixo, que se disputou no Pazo dos Deportes desta localidade coruñesa durante a xornada do 25 de xullo. Segundo informa a entidade deportiva, Pena, que conta con só quince anos de idade, competiu “a un altísimo nivel”. A súa única derrota produciuse fronte ao Gran Mestre Aleksa Strikovic. Outros xogadores adultos de maior nivel caeron ante o de Oroso durante as oito rondas disputadas nesta proba. Non obstante, non foi a única participación do Club Xadrez Oroso nesta competición en Arteixo. Outros integrantes da entidade, como Emiliano, Alfonso, Juan, Iván e José Antonio, destacaron tamén ao demostrar un moi bo nivel de xogo nas partidas que disputaron contra xogadores con moita máis experiencia neste tipo de torneos.


28

Crónicas - Agosto 2017

DEPORTES FÚTBOL O club conserva só dous xogadores da tempada pasada e aspira a recuperar a competitividade

O Ordes renóvase a fondo e incorpora a Iñaki Tembra como adestrador Borrón e conta nova da S.D. Club Ordes para a nova tempada de fútbol 2017-2018. O equipo principal renóvase en profundidade, posto que só conserva dous dos futbolistas da campaña anterior, na que os resultados non o acompañaron. Ademais, nova cara e novas formas a nivel técnico, con Iñaki Tembra como adestrador. Na presentación, recibiron apoio municipal a través da concelleira de Deportes, Ana Soneira.

TAEKWONDO Un deporte de relevancia no municipio

Recoñecemento ao club de taekwondo polas medallas dos últimos meses Recepción do Concello de Ordes ao Club de Taekwondo Boudsport, co propósito de recoñecer os logros obtidos pola entidade nos últimos meses. A homenaxe eloxiou especialmente a Carla Diéguez Veiras, Manuel Castro Rodríguez, Sara Gacio Cendal, Álvaro Regueiro Caamaño e Cristóbal Boudjenane Núñez, como deportistas con medallas a nivel es-

pañol e europeo na tempada recentemente finalizada. Tamén se destacou o labor de Cruz Cendal como presidenta da Asociación de Taekwondistas de Ordes. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, e a concelleira de Deportes, Ana Soneira, entregaron os diplomas e desexaron novos éxitos para o novo curso. Ademais, destacaron a relevancia deste deporte en Ordes.


Crónicas - Agosto 2017

29

DEPORTES FÚTBOL Máis de cen futbolistas competiron no torneo local de Mesía

SALVAMENTO

O Interparroquial dá moito xogo

A ordense Lara López, campioa galega xuvenil e tres medallas no campionato de España

O Torneo Interparroquial de Mesía 2017 superou os cen xogadores e xogadoras nas distintas categorías nas que se organizou a competición. Uns setenta nenos e nenas xogaron nas categorías dos máis cativos e corenta adultos competiron na de fútbol 11. Na categoría mini, a clasificación encabezouna o equipo da parroquia de Mesía, seguido do conxunto de Visantoña. O Almexan, un equipo que combina participantes de diferentes parroquias, foi o que liderou a clasificación da categoría base, na que como segundo clasificado posicionouse o equipo da parroquia de Mesía. Tanto os partidos das competicións mini e base xogáronse o sábado 15 de xullo. Na xornada seguinte, o domingo 16, a mañá estivo protagonizada pola categoría maxi, na que gañou o equipo de Mesía. O segundo posto correspondeulle ao equipo da parroquia de Cumbraos. Xa pola tarde, no remate do torneo interparroquial, disputouse a categoría de adultos baixo a modalidade de fútbol 11. O equipo gañador foi o da parroquia de Olas. Como subcampioa situouse a parroquia de Mesía e a de Visantoña foi terceira. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Mesía, Mariano Iglesias, e os concelleiros Pilar Sánchez e José Pardo. O Concello de Mesía agradeceu a participación máis a colaboración ofrecida polo Visantoña CF. Felicitou especialmente a parroquia de Mesía por competir en todas as categorías.

Premios nas categorías mini e base, as de menor idade do interparroquial

Lara López compite co Club SASA

Entrega de trofeos para a categoría maxi, na que gañou o equipo de Mesía

O equipo da parroquia de Olas, recollendo o trofeo de gañador na categoría adulta

A ordense Lara López Fernández suma éxitos en salvamento e socorrismo. A deportista, que compite co Club Salvamento Sada (SASA), acadou o ouro en relevo esprinte praia, a prata en bandeiras e o bronce en sprinte praia no Campionato de España de Salvamento e Socorrismo. No Campionato Galego xuvenil, López proclamouse campioa galega en esprinte praia e subcampioa en bandeiras. Xa no galego absoluto, obtivo dúas pratas individuais, nas mesmas probas.


Crónicas - Agosto 2017

30

DEPORTES FÚTBOL Ordes e Oroso despiden os campus organizados da man do Deportivo da Coruña e do Celta de Vigo

Boa acollida do I Dépor Campus O primeiro Dépor Campus que acolle a comarca, celebrado en Ordes da man da Mancomunidade e o Deportivo da Coruña, contou cuns sesenta nenos e nenas. O nivel de participación fai pensar en novas convocatorias. Ademais de habilidades futbolísticas, esta iniciativa forma en compañeirismo, hábitos de vida e alimentación saudables, solidariedade e xogo limpo. A clausura contou coa participacion do alcalde ordense, José Luis Martínez Sanjurjo.

IV Campus do Celta con 45 asistentes O IV Campus de Verán Oroso Fundación Celta contou coa participación de 45 nenos e nenas durante o mes de xullo. Na clausura participaron o alcalde, Manuel Mirás, e o coordinador das escolas deportivas da Fundación Celta, Diego Sarabia, entre outras persoas. Houbo felicitacións mutuas polo desenvolvemento do campus, que o alcalde agarda poder continuar pola formación deportiva é educativa que ofrece.

TENIS DE MESA

Oroso acollerá o sétimo torneo internacional na primeira fin de semana do mes de setembro O VII Torneo Internacional de tenis de mesa de Oroso vaise disputar entre o venres 1 e o domingo 2 de setembro nas instalacións do complexo deportivo Juanito Amigo, en Sigüeiro. A primeira xornada, a do venres, será de portas abertas a partir das seis da tarde. Xa o sábado, ábrense paso as competicións coa disputa de todas as categorías de idade: prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, xuvenil, sub23, senior, veteranos +40, veteranos +50, veteranos +60 e veteranas. En cada categoría haberá premios para os catro primeiros clasificados. O domingo será o día das competicións absolutas, masculina e feminina, máis dunha categoría de afeccionados e outra de iniciación para os máis pequenos. A data límite de inscrición para persoas afeccionadas é o 28 de agosto, no multiusos deportivo de Sigüeiro, no enderezo electrónico orosotm@orosotm.es ou no Facebook do Oroso TM, organizador.

FÚTBOL

FRADES

Proseguen co campionato infantil que promove a pesca

Algúns dos participantes, exhibindo as capturas obtidas en Céltigos

O Concello de Frades volveu celebrar un campionato de ámbito municipal destinado a promover a práctica da pesca entre a poboación infantil. Para iso, reuniu varias decenas de nenos e nenas na beira do río en Campoduro (Céltigos), para que capturasen exemplares liberados previamente nun treito de-

limitado. A organización sinala que participaron máis de trinta nenos e nenas de ata dezaseis anos de idade, acompañados por adultos. As capturas variaron entre dúas e catro por participante. O alcalde e varios concelleiros entregáronlles medallas, xusto antes de ofrecer un aperitivo.

Chamamento do Visantoña CF para sumarse ás súas escolas deportivas de base O Visantoña Club de Fútbol, de Mesía, efectuou un chamamento para sumarse ás súas escolas deportivas de base, que organiza por sexto ano consecutivo. A entidade deportiva, que conta coa colaboración do Concello, ten intención de conformar escolas das categorías xuvenil, cadete, infantil, alevín, benxamín, prebenxamín e biberón para a inminente tempada 2017-2018. Os rapaces e rapazas con interese en participar poden inscribirse a través do número de teléfono 650 35 46 24, no que o coordinador das escolas, Juan Sánchez Vales, tamén ofrece máis información sobre as condicións e normas de participación. O club ofrece como puntos fortes para incrementar o número de participantes nas súas escolas de base “o aval da experiencia de anos anteriores e un grupo técnico e humano que porá todo o que estea ao seu alcance para a formación e a diversión dos cativos”.


Crónicas - Agosto 2017

31

OPINIÓN Novamente parece que España volve coller o camiño da recuperación económica e sempre que iso acontece vemos case a diario noticias da chegada de inmigrantes que queren entrar no noso país de maneira ilegal na procura dunha vida mellor. Vaia por diante o meu respecto a toda esa xente que pon en perigo a súa vida para mudar o seu día a día e conseguir unhas melloras económicas e persoais. Pero, baixo a miña modesta opinión, isto tería que ser levado doutro xeito. A min paréceme moi ben que veña xente con gañas de traballar, igual que o fixeron no seu día moitos familiares ou amigos, que tamén marcharon para outros países buscando mellorar a súa calidade de vida. A gran diferenza é que, cando os nosos marcharon para outros países, normalmente ían cun contrato de traballo e legalmente. Agora aquí está entrando xente de continuo sen ningún contrato nin posibilidades de atopalo, polo menos a curto prazo. Pero chegan xa coa lección aprendida dos dereitos que teñen e deben reclamar dende a súa entrada no país: axuda para alugar unha vivenda, axuda para alimentos, axuda para medicamentos, axuda para os seus fillos, coidados sanitarios dos cales a gran maioría carecían nos seus respectivos países, e aquí gozan dunha sanidade privilexiada. Isto leva a que diariamente convivamos con xente doutros países que carece dun traballo, pero que si é beneficiaria de axudas do estado. Isto ocasiona que moitos se adapten a esta situación e xa non intenten mudala. Actualmente hai estranxeiros que

A inmigración Por Estrella Vázquez Varela reciben máis axudas que algunha persoa de aquí en risco de exclusión. Por iso penso que se debería revisar toda esta normativa axiña. Está ben darlles un tempo para integrarse na sociedade, pero pasado ese tempo, se non atopan onde traballar, terán que mudar de país ou retirarlles a axuda que perciben. Cando os galegos marchaban para Suíza ou para Alemaña e non atopaban traballo, á parte de non recibir ningunha axuda, pasado un tempo sen traballar, tiñan que volver para o seu país, pero aquí todo é diferente, logo queixámonos de que son moitos a recibir e poucos a cotizar... Ao noso arredor vemos persoas, en moitos casos familias enteiras, que levan varios anos convivindo con nós e das que os proxenitores nunca traballaron en nada, pero que os vemos ben alimentados, coa roupa limpa e con bo aspecto en xeral. Viven dun xeito similar a nós, pero coa diferenza de que eles non traballan, e sabemos perfectamente o que custa manter unha familia e os traballos que pasamos calquera de nós para conseguilo. Os seus nenos son os primeiros en ocupar prazas de garderías (porque carecen de ingresos), pero debería haber un engadido nas bases e primar que se nunha familia os pais non traballan aínda que carezan de in-

Os paxariños da Alameda Desde que a consigna gaivota é ir á guerra (e non para sobrevivir, senón para vencer e esmagar), as intoxicacións de aves non se deteñen. Algunhas envelénanse ata sen alpiste, só co aire que respiran. Alguén ata pensa que a mutación xenética do antergo urogalo pode ser froito de armas químicas. Trabúcase, é froito da fame. Da fame de protagonismo. Que non ten tanto que ver coa carga xenómica, senón con factores ambientais. E ninguén negará que ambientes a ave frecuentou moitos. Xa hai tempo que ornitólogos, vigueses para máis señas, mandaran o recado de que non había urogalo nos montes nin nos prados, senón un cuco disfrazado. Pero tan ben disfrazado estaba, tan ben piaba, tan ben lle quedaban as plumas... que ninguén quixo facer caso. E así ata que era tarde. E agora xa

ninguén se espanta de que estea asentando en novos niños, quen sabe se para repetir a operación. Ou son vinganzas pendentes? Se son vinganzas, non parece que a mellor maneira de cobralas sexa acabar no que en tempos se consideraría caer tan baixo. E se non o son, non deixa de ser unha manobra arriscada a de entrar no tempo onde as aves musgañentas coidan do vello gato, envolto en gasa, ata que poida volver a cazar ratos. Aínda habería que falar do cego morcego, que pensa que é partícipe en todas as conspiracións cando nin sequera chega á categoría de espectador. Ve sombras, figuras indefinidas, fainas reais sendo imaxinarias, sitúase a si mesmo no centro, vai de influencer, e ao final non lle queda máis remedio que asumir a súa total limitación.

gresos, terán prioridade os fillos de pais ocupados, posto que a conciliación sería moito máis sinxela. Logo comen nos comedores escolares igual que os nosos fillos, pero eu nunca fun ao colexio a esixir unha determinada comida, e eles son os primeiros en pedir determinadas comidas por motivos relixiosos. Basta con pasar polos centros de entrega de alimentos e vemos que eles son os primeiros en encher os seus carros, o mesmo que vestirse gratis nos gardarroupas benéficos. Queren locais de culto, cemiterios para os seus mortos... E por riba na súa meirande parte non se integran na nosa sociedade e só se relacionan cos seus. Como sempre, sobran dereitos e faltan obrigas. Haberá quen pense que isto é ser racista, e para nada se trata diso, pero é doloroso ver como os que cada día estamos contribuíndo ao avance do noso país nos inflen de taxas e impostos, que teñamos que pagar por todo, que cada vez nos desconten máis na nómina, para seguridade social, para desemprego... Logo ves que outros viven e desfrutan das mesmas cousas que nós pero sen contribuír con nada e iso déixate un pouco desolado. Está moi ben protexer ese colectivo, pero tamén se lle debería esixir, porque eu se non traballo o meu xefe a final de mes non me paga, e nisto debería ser o mesmo.

Eu creo que a maioría dos españois non estamos en contra dos inmigrantes, sempre que sexa dun xeito ordenado. Se o país demanda persoal para traballar, que veña a xente que se precise, pero para intentar vivir do seu esforzo e non a conta de axudas e do traballo dos demais, porque isto á larga non é bo para ninguén. A maioría da xente que vén de países asiáticos establécese como autónoma e crea o seu propio negocio. Incluso demandan man de obra para os seus establecementos, e aínda que gocen de beneficios fiscais durante un tempo polo menos achegan algo e contribúen ao avance da sociedade. Moitos españois, e entre eles moitos galegos, marcharon durante anos a outros países porque a situación era precaria. Moitos aínda o están a facer agora. Pero sempre foron para traballar e intentar mellorar as súas condicións, adaptándose aos costumes e a forma de vida do país onde residían, intentando que a convivencia entre todos aporte cousas positivas, posto que cando as relacións son fluídas o aporte dos distintos coñecementos enriquécenos como persoas e enriquece a sociedade. O que non podemos é pretender activar un país a base de axudas e subvencións porque iso á larga vai traer consecuencias moi negativas para todos, e tamén sabemos que cando che dan algo a cambio de nada non o valoras nin lle dás o recoñecemento que se merece. Por iso eu expoño o que moitos comentan a diario para que se muden as leis e se regule todo doutro xeito.

O TAQUÍGRAFO DISLÉXICO

Perder o norte coa AP-9 A posta en servizo da nova peaxe da AP-9 en Sigüeiro é unha boa noticia. E mellor tería sido se chegase varios anos antes e se a obra non estivese rodeada de tantos e tantos despropósitos políticos e os espectáculos consecuentes. Non era necesario pasar pola vergonza de descubrir unha clase política sen norte. Esta infraestrutura, que lle abre á comarca unha nova porta ao sur de Galicia, evidenciou unha seria incapacidade de xestión por parte do Ministerio de Fomento ao longo de varias lexislaturas. Nun departamento de tal tamaño, que manexa un orzamento multimillonario, non resulta razoable un tropezo continuo cun proxecto que ao final non é máis que un par de pequenas pontes e uns carrís de escasa entidade. Non se entende que o goberno Zapatero deixase pasar os seus case oito anos ata, nos estertores, aprobar o proxecto. Máis que crear o enlace sur, a vontade semellaba a de quedar ben sen gastar nada, deixando a obra só sobre o papel a modo de recado para quen ocupe despois o cargo.

Menos comprensible foi o que veu despois co goberno Rajoy. Nin os catro anos coa obra conxelada nin a formidable chapuza na que convertiu a execución. Os recortes non dan para xustificar tanto tempo perdido, cando o Estado acometía investimentos moito maiores e menos rendibles, ruinosos incluso. E o avance das obras a trompicóns ofrece unha imaxe lamentable para todo un Ministerio. Indulxencia ningunha tampouco para a actitude do novo ministro nos últimos meses. Sexa por unha intención perversa ou sexa por unha nefasta política de comunicación, a comarca non debe esquecer os dous meses coa obra rematada e pechada. Hai que xulgar tamén a política local. Se no ministerio perderon o norte, aquí non faltou moito para desorientarse. Estivo ben a unidade, relativa, e a presión. Pero non o desatino coas actitudes teatreiras, tanto dos que argallan para quedar na casa e resgardarse dos tiróns de orellas como dos que deslizan intereses de partido entre pancartas contra a peaxe. Inadmisiblemente cara, por certo.


Cr贸nicas

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Cr贸nicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Tameiga. Peche de edici贸n: 5-08-2017. Dep贸sito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.