Cronicas comarcadeordes n46 outubro2017

Page 1

Crónicas

leisynegocios@leisynegocios.com

Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 46 - Outubro de 2017

981 10 40 10

Oroso xa reclama a retirada da peaxe entre Sigüeiro e Santiago Oroso xa se fartou da peaxe da AP-9 entre Sigüeiro e Santiago. Poucas semanas despois de abrirse o enlace sur, agardado durante máis

dunha década, o pleno municipal reclamou por unanimidade que o tramo sexa de balde nos dous sentidos. Os 1,60 euros de custo por

traxecto parécenlle un abuso a todos os grupos da corporación. O alcalde asume que a batalla para lograr a gratuidade vai ser longa. O PP coida

que se a AP-9 se transferise a Galicia sería máis doado. E BNG e Anova cren que a autoestrada xa tería que ser púPáx. 7 blica hai tempo.

Temos unha irmá en América

COMARCA

A contorna líbrase da voraz vaga de incendios galega Páx. 3

ECONOMÍA

Internaco recibe o premio de PEME coruñesa do ano Páx. 14

ORDES

Presentan un plan de integración laboral para o téxtil Páx. 13

DEPORTES

Ordes e Veracruz formalizan o seu irmandamento

Páx. 6

Iván Raña logra a undécima praza no IronMan de Hawai Páx. 21

ORDES

Baixa o tipo do IBI, pero só palía a suba do valor catastral

Páx. 11

CERCEDA

A ampliación de Sogama quere acadar o vertido cero

Páx. 2

ORDES

O inicio das obras do albergue en Poulo é inminente Páx. 4


Crónicas - Outubro 2017

2

ACTUALIDADE CERCEDA Investimento de 29 millóns de euros

Comeza a ampliación de Sogama, co vertido cero como obxectivo Comezaron as obras de ampliación da planta que Sogama ten en Cerceda. Están orzamentadas en máis de 29 millóns de euros e consistirán en construír unha nova planta para a recuperación dos envases que van parar ao lixo en masa e en remodelar a actual nave de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible. No inicio da ampliación, a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, afirmou que o proxecto servirá para que Sogama poida tratar un millón de toneladas de lixo ao ano, un 81 % máis de capacidade. Deste xeito, poderá “tratar en condicións óptimas todos os residuos urbanos producidos en Galicia”, asegura a Xunta. O obxectivo proclamado pola conselleira é “reducir o uso do vertedoiro a mínimos, pretendendo chegar ao vertido técnico cero”. A am-

pliación, segundo Mato, facilitará remitir 120.000 toneladas de materiais aos centros de reciclaxe, catro veces máis do que se envía na actualidade. Mato lembrou que o obxectivo da Unión Europea para o conxunto dos Estados membros en 2020 é acadar DATOS DA AMPLIACIÓN - Investimento: 29 millóns de €. - 81 % máis de capacidade. - Un millón de toneladas de residuos de procesamento anual. unha cota de reciclaxe do 50 %, cifra que agarda obter mediante unha mellor clasificación dos envases recollidos a través dos contedores amarelos, e mediante a recuperación deste tipo de residuos na bolsa negra, é dicir, material que pode ser

Intervención de Beatriz Mato no inicio da ampliación do complexo de Sogama

reciclado pero que non foi ben seleccionado polo cidadán. ECONOMÍA CIRCULAR No seu discurso, acompañada polo presidente de Sogama, Javier Domínguez, e polo alcalde de Cerceda, José García Liñares, entre outros, a conselleira aludiu ao concepto de economía circular, ao que conta con dar “o salto definitivo” con iniciativas como a ampliación de Sogama. Neste sentido, Mato manifestou que Sogama é, segundo os seus datos, o sistema de tratamento de lixo

-dos tres existentes en Galicia- que menos residuos envía ao vertedoiro. “Converter os residuos en recursos” foi o lema empregado pola titular de Medio Ambiente, que aposta por abandonar “o sistema lineal de fabricar-usar-tirar”. Para iso, Mato reivindicou a colaboración das administracións -en Sogama están integrados o 94 % dos Concellos de Galicia- e do milleiro de traballadores directos e indirectos da empresa, pero sobre todo reclamou a colaboración da cidadanía para “garantir a sustentabilidade actual e o futuro”.

ORDES

ORDES

Veciños e veciñas reciben vinte novos composteiros

Un programa universitario de formación leva a cidadáns ordenses a visitar Sogama

Os concelleiros Rodríguez e Soneira participaron na entrega dos composteiros

O Concello de Ordes entregou a veciños e veciñas vinte novos composteiros na campaña que desenvolve en conxunto con Sogama. En xuño pasado, xa se distribuíran outros 65 depósitos, todos cunha capacidade de 350 litros. O goberno estima que nos últimos dous anos foron repartidos

máis de 130 composteiros. A utilización destes elementos en vivendas particulares permite reducir a cantidade de residuos orgánicos que van parar ao contedor do lixo e convertilos en fertilizante de calidade. Isto aminora tamén os custos do transporte de residuos.

Veciños e veciñas de Ordes de máis de 50 anos de idade participaron nunha visita a Sogama no marco do programa ‘Camiños de coñecemento e experiencia’, promovido pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) coa colaboración da Xunta, a Deputación da Coruña e varios municipios da área de influencia de Santiago para facilitar o acceso das persoas maiores ao coñecemento. A visita serviulles para coñecer o funcionamento das instalacións de tratamento e aproveitamento de residuos en Cerceda. No programa no que participaron os veciños e veciñas ordenses, un dos tres seminarios centrouse no cambio climático e a sociedade. En Sogama vinculan a súa actividade á loita contra o quentamento global, mediante a reciclaxe e a valorización enerxética dos residuos non reciclables.

Os visitantes ordenses tiveron como titor o profesor e doutor académico José Antonio Rodríguez Añón, do Departamento de Física Aplicada da USC. No percorrido por Sogama, recibiron as explicacións de educadores ambientais ao servizo da empresa. Tiveron así ocasión de coñecer a planta de clasificación que recibe os envases procedentes dos contedores amarelos, e a planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible, na que se xestiona o residuo convencional, separando o aceiro, aluminio e vidro aproveitables e producindo electricidade co lixo restante. Os outros dous seminarios do programa da USC no que participaron os ordenses abordaron, por unha parte, a historia da cultura de Galicia a través do patrimonio da comarca, e por outra a historia da música clásica en Occidente.


Crónicas - Outubro 2017

3

ACTUALIDADE COMARCA A situación de maior risco viviuse en Xavestre e Benza (Trazo) por un lume iniciado en Val do Dubra

A contorna líbrase da vaga de incendios que arrasou máis de 35.500 hectáreas en Galicia A devastadora vaga de incendios forestais que tivo en vilo a toda Galicia entre o 14 e o 17 de outubro non deixou, por fortuna, a súa pegada na comarca. En ningún dos sete municipios que a integran foi rexistrada a orixe de ningún incendio de máis de vinte hectáreas, a superficie a partir da cal a Xunta informa sobre a súa existencia. Non obstante, nas zonas de Oa (Xavestre) e de Benza, as dúas en Trazo, si se viviron momentos de risco e tensión, coa chegada dun lume que se orixinou en Portomeiro (Val do Dubra) e que no seu conxunto arrasou cunhas 370 hectáreas de monte arborado, segundo a Xunta. O avance do lume cara vivendas e granxas fixo que os veciños e veciñas deses lugares de Trazo tivesen que empregar medios propios, como cisternas, para contribuír a deter o incendio. Houbo algunha granxa na que tiveron que evacuar os animais por precaución polo perigo de que as lapas alcanzasen a súa ubicación.

O incendio orixinado en Portomeiro, no seu avance cara zonas de Trazo

En municipios próximos como Curtis ou Aranga si se computaron incendios superiores ás vinte hectáreas neses días, pero en todo caso sen a repercusión da vaga que afectou especialmente ás provincias de Pontevedra, Ourense e Lugo nunhas xornadas nas que a acción incendiaria se viu favorecida polos ventos fortes, as altas temperaturas e a seca de varios

meses. Por sorte, a chuvia que veu nos días posteriores contribuíu decisivamente a apagar os lumes. 4 MORTES E 35.500 HECTÁREAS Nunha fin de semana tan negra, o peor foron as catro vítimas mortais rexistradas: dúas mulleres en Nigrán ás que lles caeu unha árbore ardendo

sobre o coche no que trataban de fuxir do lume, un home en Carballeda de Avia que quixo ir liberar o gando cando o lume chegou á súa propiedade, e outro home en Vigo que caeu dun muro cando axudaba á veciñanza a evitar que as lapas avanzasen pola cidade. Grave tamén é a extensión afectada, en moitos casos en paraxes dun elevado valor natural. As primeiras estimacións da Xunta falaron de cando menos 35.500 hectáreas arrasadas nesas xornadas. Máis ou menos equival a cinco veces a superfice do concello de Oroso. No eido político, nada novo. O goberno atribúe os feitos á acción do “terrorismo incendiario”, practicamente imposible de atallar incluso coa cantidade de medios e recursos de extinción dispoñibles. A oposición valora que o que falla é a política forestal, baseada no monocultivo de eucalipto e piñeiro, centrada na extinción en vez da prevención e propicia para o abandono do rural.


4

Crónicas - Outubro 2017

ACTUALIDADE ORDES Renovada a sinalización e acondicionado o firme no trazado oficial

O inicio das obras para o albergue de peregrinos de Poulo é inminente ción xa foi asinado. Turismo de Galicia outorgoullo á empresa ‘Construcciones Orega, SL’ por un importe duns 360.000 euros e con seis meses de prazo de execución. O uso do antigo edificio, xunto cun terreo colindante duns 5.500 metros cadrados, foi cedido pola Igrexa ao Concello ata 2046, a cambio de que as institucións públicas asumisen a conversión a albergue.

Visita do delegado provincial da Xunta á nova sinalización do Camiño en Ordes

O inicio dos traballos para acondicionar a antiga casa rectoral de Poulo (Ordes) como albergue de peregrinos é inminente. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, anunciou o 13 de outubro que as obras comezarían “en

OROSO

Unha placa recorda en Sigüeiro a peregrinación de Margery Kempe

A placa está na zona do Carboeiro

Durante o encontro en Oroso sobre o Camiño Inglés, foi descuberta unha placa en lembranza de Margery Kempe, a primeira peregrina por este itinerario da que se ten constancia. Cúmprense 600 anos. Kempe embarcou en Bristol en 1417 para peregrinar a Santiago. Consta así nun libro seu de 1438. No descubrimento da placa participaron o alcalde, Manuel Mirás, outros cargos municipais, e alumnado e docentes da Escola Universitaria de Turismo CENP da Coruña, así como tres dos poñentes do encontro internacional celebrado en Sigüeiro.

datas moi próximas”, durante a visita do delegado provincial da Xunta, Ovidio Rodeiro, ás tarefas de sinalización do Camiño Inglés ao seu paso polo municipio. De feito, o contrato da rehabilita-

ADAPTACIÓN DO CAMIÑO A intervención no Camiño Inglés, acometida durante o verán, supuxo gastar uns 322.000 euros, a metade en Ordes, entre Hospital de Bruma, en Mesía, e Santiago. Serviu para mellorar e adaptar a ruta á súa nova delimitación oficial. Nos tramos onde foi necesario, explanáronse camiños, abríronse cunetas e reforzouse o firme. Tamén se instalaron pasos de auga e drenaxes, e renovouse a sinalización con indicadores, placas de quilometraxe e cunchas cerámicas.

Santiago acolle desde o 12 ata o 14 de novembro a segunda edición do FairWay O FairWay, foro do Camiño de Santiago, celebra a súa segunda edición no Pazo de Congresos da capital galega entre o 12 e o 14 de novembro. A pretensión desta iniciativa é “ser un espazo que aborda o fenómeno do Camiño en toda a súa amplitude”. Tal como sucedeu en 2015, na primeira edición, aspira a ser un punto de encontro de referencia para os profesionais relacionados coas rutas peregrinas a Santiago. Con formado de congreso aberto, incluirá unha feira profesional e reunións de intercambio comercial con turoperadores internacionais. Neste sentido, xa está confirmada a asistencia de máis de trinta turoperadores de catorce países diferentes, tanto do resto de España como outros países europeos, América do Norte e do Sur e incluso de Nova Zelandia.

COMARCA No I Encontro Internacional do Camiño Inglés celebrado en Oroso

Parte dos Concellos quéixanse do trazado establecido xa hai tres anos O trazado oficial do Camiño Inglés establecido en 2014 non recibiu grandes críticas na comarca de Ordes. Ao contrario, foi recibido de bo grao. Por exemplo, en Oroso o alcalde declárase “moi satisfeito” porque o itinerario abandonou pistas de concentración parcelaria para volver polo seu percorrido histórico a lugares emblemáticos como a Fonte de Santiña, en Deixebre. Sen embargo, hai Concellos que, tres anos despois, comezan a queixarse ou renovan críticas de hai tempo. Así se puido constatar na celebración do I Encontro Internacional do Camiño Inglés, que se celebrou en Sigüeiro (Oroso). Unha das súas actividades foi unha mesa de varios alcaldes polos que pasa o Camiño Inglés. Un dos rexedores críticos foi o de Abegondo, José Antonio Santiso Miramontes. Logo da recente presión veciñal de zonas como Vilacoba ou Vizoño, retiradas do trazado oficial, o rexedor asume que hai que “trasladarlle á Xunta o malestar”. Entre os argumentos, citou que os peregrinos agora teñen que camiñar por estra-

Mesa con varios alcaldes da ruta no I Encontro Internacional do Camiño Inglés

das con moito tráfico en vez de paraxes máis tranquilas”. Algo semellante sucede na Barciela (Santiago), onde a igrexa queda fóra do trazado e agora os peregrinos teñen que cruzar a N-550 nun lugar inseguro. O Concello tamén amosou a súa disconformidade por boca do concelleiro Jorge Duarte, tamén presente nunha das xornadas do Encontro. O alcalde de Oroso, como presi-

dente da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, comprometeuse a trasladar a demanda, algo que ata agora a entidade non fixera porque estaba practicamente inactiva. O xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, xa se amosou disposto a crear “algún itinerario alternativo, como se ten feito no Camiño Francés en Pedrafita” e coincidiu en que a seguridade viaria para os camiñantes debe ser unha prioridade.


Crónicas - Outubro 2017

5

ACTUALIDADE CERCEDA Investigan o dono da chatarrería que recibiu o material sustraído

TRAZO

Detidas catro persoas polos vertidos ao Acevedo tras roubar nunha nave

O Bloque pide unha solución inmediata aos continuos cortes no servizo eléctrico

Un axente da Garda Civil precinta un dos depósitos localizados nunha chatarrería

Catro persoas foron detidas polo roubo na planta de ecodiesel do polígono industrial de Cerceda, pechada e abandonada desde hai anos, que rematou cun vertido de hidrocarburos ao río Acevedo. Segundo a Garda Civil, á dúas das persoas detidas atribuénselles supostos delitos contra o medio natural e de furto e a outras

dúas unicamente o delito de furto. Unha quinta persoa, o propietario dunha chatarrería, está sendo investigada por receptación, co propósito de aclarar, entre outros aspectos, se estaba ao tanto de que o material que tiña era roubado. Na investigación, acometida pola patrulla do Seprona da Garda Civil

de Arteixo, recuperáronse tres depósitos de aceiro inoxidable de grandes dimensións, un motor, soportes de ferro, unha bomba de auga, cadros eléctricos, material informático, tubaxes, vigas e outros soportes. Todo o material foi precintado e está á disposición da autoridade xudicial en chatarrerías da provincia coruñesa e de Asturias. O vertido coñeceuse a principios do pasado mes de setembro. Ao levar os depósitos e as tubaxes, verteuse unha sustancia aceitosa que chegou ao río a través dos sumidoiros. Segundo as autoridades, este episodio de contaminación foi controlado sen que chegase á captación da auga para o abastecemento municipal. A Garda Civil destacou a dificultade da investigación e constata, logo de diversas operacións relacionadas co roubo de cobre e outros metais, que existe un mercado negro deste tipo de produtos ao ser comprados por empresas de valorización sen xustificar a súa procedencia.

O BNG de Trazo reivindicou unha solución inmediata ás continuas interrupcións no servizo de electricidade que padecen varias zonas do municipio. Tal como explica Martín Rei, concelleiro do Bloque en Trazo, os cortes prodúcense desde hai xa varios meses e son de duración variable, desde uns minutos ata varias horas, polo que ocasionan numerosas molestias e prexuízos á veciñanza. A formación nacionalista considera que a compañía eléctrica debe ser obrigada a reparar de inmediato a liña de Trazo, que tamén ocasiona problemas en municipios da contorna ás que chega. Lembra que a compañía recibe miles de euros de subvencións para a mellora do servizo, que en Trazo non cumpre. O Bloque presentou no Concello unha iniciativa, á que o PP se opuxo, e anunciou que volverá facelo, sen descartar trasladar o asunto ao Parlamento de Galicia se o PP persiste no “inmobilismo”.


Crónicas - Outubro 2017

6

Actualidade ORDES Desenvolven vínculos en numerosos ámbitos, coa figura de Isabel Cendal como raíz da nova relación

Ordes e Veracruz xa son irmás Ordes e a cidade mexicana de Veracruz xa son irmáns, nun vínculo que se asenta sobre a figura de Isabel Cendal, recoñecida como a primeira enfermeira da historia en misión internacional. Esta figura clave na extensión da vacina contra a varíola polo mundo a principios do século XIX naceu en Parada (Ordes) e a expedición Balmis, na que participaba, chegou ao porto de Veracruz para difundir saúde por toda América. Unha delegación de Ordes desprazouse a México para ratificar o irmandamento. Estivo encabezada polo alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, que acudiu acompañado polos concelleiros de Comercio, José Manuel Rodríguez, e de Medio Ambiente, Ana Soneira, ademais de Jesús Pedreira, antigo concelleiro do PSOE que no seu día iniciara os trámites para designar a Cendal como filla predilecta de Ordes. Martínez Sanjurjo e o seu homólogo de Veracruz, Ramón Poo, foron os encargados de asinar o documento, que leva implícitas iniciativas de cooperación entre as dúas localidades en materia educativa, cultural, turística, deportiva, de innovación e investigación, tecnolóxica e comercial. O alcalde ordense tivo palabras de agradecemento a “todo o que México ten feito por España e por Galicia en tempos recentes e tamén nun pasado máis remoto”. Ademais, recoñeceu unha especie de “vergoña histórica” porque en España Cendal

Encontro con empresariado local e presencia en Expo Ordes desde 2018

Intre no que se asina o irmandamento entre Ordes e a cidade mexicana

Encontro da delegación ordense con empresariado mexicano

sexa case unha descoñecida mentres que en México goza dun gran recoñecemento. O alcalde mexicano, Ramón Poo, sinalou que quedan aber-

tas as portas a unha relación forte, arraigada nos lazos que a historia creou entre Ordes e Veracruz para mellorar o futuro dos seus pobos.

Ademais de reunirse con emigrantes ordenses ou descendentes seus e de coñecer zonas de interese histórico e turístico de Veracruz, unha das reunións máis relevantes da representación de Ordes nesta viaxe foi con empresariado da zona co propósito de crear vínculos comerciais estables. No encontro co Consello Coordinador Empresarial da zona, no que entre outros estaba Santiago García Mirás, director adxunto do Grupo Ramón García, empresa orixinaria de Mesía e cunha sede en México, o alcalde ordense describiu as cualidades do municipio para o asentamento de empresas. Martínez Sanjurjo expuxo o acceso doado de Ordes a redes de comunicación (autoestrada, tren, portos...) e as vantaxes loxísticas que iso supón para proxectos comerciais e industriais. Tamén se referiu á importancia do sector primario. Unha das primeiras consecuencias do irmandamento será a presenza de Veracruz en ExpoOrdes 2018 con posto propio.

Intercambio universitario

Novos traxes para o Museo

Un dos encontros da representación de Ordes foi con representantes universitarios da zona de Veracruz. Estudouse a posible creación dos premios Isabel Cendal para traballos académicos relacionados coa vacinación. Tamén se valora a realización de intercambios universitarios no eido da medicina e da enfermería entre os centros cos que se contactou en México e a Facultade de Enfermería de Santiago. Neste encontro, Xesús Pedreira efectuou unha exposición de obxectivos de colaboración.

A delegación ordense trouxo da viaxe a México unha jarocha para muller e unha guayabera masculina con pano. Son vestimentas propias de alí doadas polo rexedor terceiro de Veracruz, Ángel Maldonado. Pasaron a formar parte do Museo do Traxe Juanjo Liñares, de Ordes.


Crónicas - Outubro 2017

7

ACTUALIDADE OROSO O alcalde asume que o intento vai ser unha loita que durará “anos”

MESÍA-TRAZO

Oroso xa reclama que se suprima a peaxe entre Sigüeiro e Santiago

Os Concellos sacan a concurso a compra de equipos novos de tractor e desbrozadoras

Ás poucas semanas de abrirse o novo enlace sur da AP-9 en Sigüeiro, o pleno de Oroso xa demanda por unanimidade que a peaxe sexa gratuíta no tramo entre Sigüeiro e Santiago de Compostela. A proposta, presentada polo PSOE, empraza ao goberno español a negociar a supresión do cobro con Audasa, a empresa concesionaria da autoestrada. Tamén insta á Xunta a apoiar a reclamación. O alcalde, Manuel Mirás, asume que “isto vai levar anos pero hai que loitalo” e considera “un erro” que se cobre a 1,60 euros cada traxecto, cando nun principio se falara de entre 0,80 e 1 euro. “Se cobraran menos terían moito máis tráfico”, precisou o rexedor, que en todo caso destaca que as empresas do polígono están satisfeitas porque, aínda sendo cara a peaxe, gañan tempo. Antonio Leira, portavoz municipal socialista, expuxo que a AP-9 é unha das tres autoestradas máis caras por quilómetro de toda España, e a máis cara para transportes pesados.

Os Concellos de Mesía e de Trazo abriron nas últimas semanas cadanseu procedemento para adquirir novos equipos de desbroce. Cada unha das entidades locais vai mercar un tractor novo con dúas desbrozadoras, unha de arrastre e outra de brazo, por un importe máximo duns 109.000 euros en cada caso. Estas dúas adquisicións son froito de convenios que os dous Concellos acadaron coa Xunta. As condicións deste acordo fan que a compra teña que estar xustificada a comezos de decembro, polo que Mesía require que o contratista que gañe o concurso entregue a maquinaria antes do 1 de decembro e Trazo requíreo antes do 24 de novembro. As características e a calidade dos tractores e das máquinas, a duración da garantía, a proximidade do taller ao almacén de maquinaria municipal ou o prezo ofertado son algúns dos factores cos que se decidirá a compra.

O traxecto entre Sigüeiro e Santiago, ou viceversa, custa 1,60 euros

Desde o PP, Alexander Doval cre que a transferencia da AP-9 á Xunta, pedida polo Parlamento e rexeitada por Fomento, sería a fórmula máis axeitada para lograr a gratuidade. Neste sentido, Xosé Manuel Pérez (BNG), sinalou que a proposta non sería necesaria “se a AP-9 fose

pública e non do sector privado”. Ao que Siverio Mirás, de Anova, engadiu que a concesión da AP-9 tería rematado en 2018 se non fose porque o que foi presidente do goberno co PP, José María Aznar, ampliou o prazo ata 2048 como “un regalo aos seus amigos”, afirma Siverio.


Crónicas - Outubro 2017

8

ACTUALIDADE OROSO

TRAZO O investimento na nova infraestrutura será de 60.000 euros

O Concello ampliará o servizo de auga aos lugares de Sar e da Estación de Garga

Augas de Galicia prevé iniciar este ano a rede de abastecemento de Rosende

O servizo de abastecemento de auga potable chegará aos lugares de Sar, na parroquia dos Ánxeles, e á Estación de Garga, en Trasmonte (Oroso). O investimento para ampliar a infraestrutura é duns 35.000 euros e será acometido polo Concello. O diñeiro habilitouse mediante unha modificación de créditos, aprobada por unanimidade dos distintos grupos que integran o pleno municipal. O alcalde, Manuel Mirás, explicou que “a seca era algo que pensabamos que non nos afectaría pero agora vemos que hai que convivir con ela”, o que no seu criterio xustifica que as obras se teñan que executar coa máxima urxencia posible. Con outra modificación de crédito, aprobada coa abstención de Anova e cun importe de 15.000 euros, o Concello prevé reparar varias pistas e estradas locais. Daralle continuidade a traballos iniciados no verán, sobre todo nas parroquias de Oroso e Trasmonte.

Augas de Galicia estima de que antes do remate deste ano poderán comezar as obras para conectar o lugar de Rosende, en Campo (Trazo), á rede de abastecemento de auga. Os traballos suporán gastar 60.000 euros e serán acometidos pola Xunta, segundo un convenio asinado ante o responsable do organismo de Augas, Roberto Rodríguez, pola conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, e o alcalde de Trazo, José Dafonte. As obras pretenden garantir a subministración de auga ao núcleo de poboación, cunhas condicións de servizo mellores que as que ten na actualidade. O proxecto prevé instalar un sistema de bombeo e crear unha nova rede de tubaxes de distribución para conectarse á rede municipal de abastecemento xa existente. Unha vez rematados os traballos, toda a infraestrutura pasará a ser de titularidade municipal, polo que lle corresponderá ao Concello asumir a súa posta en servizo, a explotación, o mantemento e a conservación. Outro dos compromisos que adquiriu o

Roberto Rodríguez, Beatriz Mato e José Dafonte, na sinatura do convenio da obra

Concello coa sinatura do acordo foi poñer a disposición de Augas de Galicia os terreos necesarios para a execución do proxecto. Así pois, o cometido do orga-

nismo autonómico é o de financiar integramente as obras, dentro da súa cooperación coas administracións locais para mellorar o abastecemento e o saneamento de auga.

ORDES

ORDES

Aproban abrir conversas para intentar compartir o guindastre

O polígono industrial de Merelle só conta cunha parcela libre

Ordes abrirá conversas para intentar compartir o servizo de guindastre para a retirada de vehículos con outros Concellos, mancomunándoo ou mediante outra fórmula de colaboración entre Administracións. A proposta, presentada polo BNG, obtivo o respaldo de todos os integrantes do pleno municipal, a non ser o concelleiro Roberto González, ata hai unhas semanas pertencente a UxO e agora coa condición de non adscrito. Os nacionalistas ven necesario compartir os gastos do servizo, que consideran “desaproveitado” porque realiza unha media de sete saídas mensuais e en cambio ten un custo de 42.000 euros anuais. O do guindastre é ademais un dos contratos que se atopa vencido e que continúa a súa vinculación co Concello mediante unha prórroga tácita. Esta situación, xunto ao custo que ten, fai que o Bloque considere que hai que va-

O polígono industrial de Merelle, en Ordes, está preto de completar a comercialización de todas as súas parcelas. Aínda que algunhas das súas empresas non están a plena capacidade, esta superficie, a única deste tipo habilitada de momento no municipio, só conta cunha parcela libre. Así o confirmou o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, no debate dunha proposta do PSOE para facer avanzar o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Todas as forzas políticas coincidiron na necesidade de chegar a aprobar o documento, dándolle prioridade aos trámites para construír un novo polígono industrial na zona de Pardiñas (Poulo) e dispoñer así de novo solo para as empresas. Este é un proxecto que se baralla desde hai anos, no que se contempla habilitar un amplo espazo industrial con moi boas condicións de comunicación, posto que se situaría nas inmediacións da peaxe ordense da AP-9.

lorar a posibilidade de mancomunar o servizo. Entre os Concellos cos que propoñen abrir o diálogo, están Oroso, Cerceda e mesmo Carral, ao dispoñer de zonas urbanas de certa entidade nas que se pode facer necesario o guindastre. O acordo do pleno implica que se convoque unha xuntanza con representantes destes municipios, para a que aínda non consta unha data. A decisión plenaria tamén será trasladada á Mancomunidade de Ordes para que teña coñecemento formal dela. O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, explicou que esta cuestión xa foi tratada nalgunha ocasión na Mancomunidade e revelou que “non se chegou a ningún tipo de acordo” sobre a posibilidade de compartir o servizo entre os distintos alcaldes. O rexedor engadiu que incluso “algún dos Concellos [cos que se propón abrir as negociacións] xa ten rexeitado esta medida”, precisou.

Alejandro Manteiga, portavoz do PSOE, considera que todos os grupos políticos deberían deixar as discrepancias sobre o PXOM a un lado para lograr aprobar o documento urbanístico e abrir así a opción de desenvolver o novo polígono. O representante socialista asegura que “a falta do PXOM está acabando coa expectativa de Ordes como pobo ao non desenvolver algo tan importante e prioritario para nós”. Manteiga considera que non hai tempo que perder, xa que “só basta mirar como medran os concellos limítrofes por non ter Ordes unha ferramenta de crecemento e de emprego como sería este polígono”, di. No debate sobre o Plan Xeral, os socialistas tamén insistiron na necesidade de que o Concello e a Consellería de Sanidade colaboren para construír canto antes un heliporto a carón do centro de saúde de Ordes para mellorar a atención de urxencias sanitarias.


Crรณnicas - Outubro 2017

9

PUBLICIDADE


10

Crónicas - Outubro 2017

ACTUALIDADE OROSO

COMARCA Achega 121.000 euros para axuda a domicilio e educación familiar

O pleno reclama a mellora das liñas eléctricas no municipio

A Deputación dálle soporte económico á Mancomunidade para manter servizos Sacan a concurso a axuda a domicilio por valor de cinco millóns durante catro anos

Liña caída á estrada en Deixebre por falta de mantemento da empresa

O pleno de Oroso aprobou unha moción do PSOE para reclamar que a Xunta xestione a mellora das redes de distribución de electricidade no municipio, tras os cortes que se producen en varias zonas nos últimos meses. O goberno lembrou que desde 2008 non houbo ningunha mellora nesta materia. Aquel ano, o goberno galego de coalición entre o PSOE e o BNG lograra o investimento de dous millóns de euros para a subestación eléctrica de Sigüieiro, da que parten cinco liñas. No debate da iniciativa, aprobada por unanimidade, Antonio Leira reprochou que o PP teña actitudes distintas no pleno e nas redes sociais.

Asistentes á sinatura do convenio entre a Deputación e a Mancomunidade

A Deputación da Coruña apoia á Mancomunidade de Ordes con 121.000 euros para manter diversos servizos sociais básicos. Así figura nun acordo asinado pola deputada provincial Ánxela Franco e o presidente do ente comarcal, Roberto Rey. No acto estiveron presentes tamén os deputados Xosé Regueira e

Antonio Leira, ademais de diversos cargos municipais. A contía provincial servirá para a axuda a domicilio que a Mancomunidade ofrece en Frades, Ordes e Oroso, o programa de educación familiar en Ordes e en Oroso, e un apoio administrativo en Ordes. O custo total é de 158.000 euros.

O servizo de axuda a domicilio que a Mancomunidade ofrece en Frades e Ordes contratando empresas foi licitado. Sae a concurso para catro anos, prorrogables ata seis, por un importe algo superior aos cinco millóns de euros. Estipúlanse 3.600 horas de atención ao ano para libre concorrencia e 38.865 horas para casos de dependencia, cunha base de 14 euros por hora de servizo. As empresas poden presentar propostas ata o 15 de novembro. Os demais Concellos da comarca prestan este servizo pola súa conta, algúns con xestión directa e outros tamén privatizada, ao consideralo máis efectivo.

MESÍA

FRADES O proxecto inclúe a instalación de pasarelas en áreas fluviais

Tramitan a ocupación de bens para as liñas eléctricas Lanzá-Albixoi e Visantoña-Loureda

Turismo gastará 49.000 euros para sinalizar zonas visitables en Frades

Avanzan os trámites para a ocupación de bens a causa da reforma das liñas eléctricas LanzáAlbixoi e Visantoña-Loureda, as dúas con orixe en Mesía, na que a compañía UDESA ten proxectado substituír os apoios de madeira existentes ata agora. Un acordo de Economía e Industria fixou para o 24 de novembro no Concello de Mesía o levantamento das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados. No Concello de Oza-Cesuras será o 30 de novembro. As actas describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, dentro dunha relación de fincas afectadas. Os datos poderán consultarse nas casas consistoriais. As persoas afectadas, ademais de poder acudir ao levantamento da acta, recibirán notificacións individuais para sinalarlles os horarios de toma de datos sobre o terreo e outros actos do proceso.

Turismo de Galicia vai gastar uns 49.000 euros para sinalizar diversos lugares de interese turístico en Frades, nun proxecto ao que o Concello suma outros mil euros e que foi suscrito pola directora da entidade autonómica, Nava Castro, e o alcalde, Roberto Rey. Os distintos elementos estarán colocados a mediados de novembro, segundo estima a administración. Consisten en sinais para orientación de vehículos, paneis de promoción turística e incluso un panel electrónico con sensores que ofrecerá datos turísticos na Pontecarreira. Outra das accións será a habilitación dun servizo a través de internet, ao que calquera visitante poderá acceder de balde mediante calquera navegador web e desde dispositivos como un ordenador, un portátil, unha tableta ou un teléfono móbil. Dentro deste proxecto, diversas áreas naturais recibirán identificadores nos que se explicarán os seus principais trazos. Estes obxectos serán colocados na Presa da Ponteca-

O acordo para a sinalización foi asinado no salón de plenos do Concello de Frades

rreira, na Pontecarballa en Abellá e no Muíño en Céltigos. PASARELAS ACCESIBLES Por último, está previsto habilitar pasarelas para mellorar a accesibilidade na zona de baño da Presa e na contorna da piscina de Papucín. Esta

intervención permitirá que persoas con mobilidade reducida accedan mellor ao río na Pontecarreira e no caso da piscina salvarán tamén dous regos que pasan pola zona, comunicando mellor toda a contorna da instalación e conectando tres zonas que agora son independentes.


Crónicas - Outubro 2017

11

ACTUALIDADE ORDES Non se percibirá practicamente nos recibos polo efecto do catastrazo

O tipo da contribución en Ordes baixará tres centésimas en 2018 O tipo da contribución baixará en Ordes en 2018. Pasará o 0,56 % do valor catastral de cada inmoble no que se sitúa agora ao 0,53 %. E para 2019 prevese unha nova baixada, ata quedar no 0,51 %. A medida foi aprobada polo pleno municipal e ademais supón anular o acordo de maio pasado sobre a baixada de varios impostos. Sen embargo, a redución do tipo non implicará que a contía final do recibo sexa sensiblemente inferior ao que se pagou ata agora, debido á aplicación do chamado catastrazo no municipio, paulatinamente ata 2022. Ano tras ano vaise incrementando o valor catastral de cada inmoble, de maneira que a baixada do tipo do IBI (a porcentaxe do valor catastral que se paga como imposto) só serve para compensar o incremento, a miúdo considerable, do importe final. Incluso así, nalgúns casos hai subas de certa relevancia, que sorprenden aos titulares porque só contaban coa baixada dos tipos e non cos novos valores que Hacienda lles atribúe ás súas propiedades. A nivel político, o goberno ordense aproveitou a decisión do pleno para defender que cumpre o seu compromiso electoral de reducir nunha décima o tipo do IBI durante este mandato, no que pasará do 0,60 % inicial ao aproximadamente 0,50 % de 2019.

O imposto pasará do 0,56 % ao 0,53 % do valor catastral dos inmobles

Os integrantes do BNG, que apoiaron baixar o imposto, explicaron que se trata da proposta de conxelación que eles mesmos efectuaran en 2016 e que naquel momento o PP rexeitara. O grupo liderado por Pablo Vidal di “celebrar que o alcalde ceda finalmente” ante esta iniciativa e lembra que xa en 2015 o Bloque conseguira sacar adiante unha primeira redución do tipo do IBI. O imposto, por certo, terá novidades no pagamento, dado que se vai establecer a posibilidade, inexistente ata agora, de abonalo de xeito fraccionado. IMPOSTO DE OBRAS A corporación tamén aprobou

rebaixar o Imposto de Construcións, Instalacións e Obras (ICIO). Deste xeito, pasará do 2,78 % actual ao 2,50 %. A redución será paulatina “nos vindeiros anos”, segundo afirma o goberno de José Luis Martínez Sanjurjo. Neste imposto, tamén se acordou aplicar unha proposta do Bloque, que xa se formulara tamén o pasado mes de maio. Consiste en bonificar unha parte do ICIO para as empresas que xeren emprego. As licencias dos seus proxectos susceptibles de pagar o ICIO veranse beneficiadas cun desconto que vai desde o 10 % ata o 75 %, variando segundo as características da iniciativa, fundamentalmente o volume de emprego que se vaia crear.

A redución da débeda do Concello ralentízase e sitúase en 2,74 millóns O Concello de Ordes adebeda 2.736.000 euros, segundo os datos de amortización de débeda financeira ofrecidos polo alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, en pleno. A esta contía chégase despois de pagar 336.000 euros procedentes do remanente do exercicio 2016. Deste xeito, a cifra de endebedamento municipal continúa baixando. Pero faino dunha maneira máis lenta do que viña sendo habitual. Tal como afirma o BNG, 2016 foi o exercicio dos últimos cinco anos no que “menos baixou o endebedamento total do Concello”, e en cambio produciuse “unha redución do investimento por habitante do 30 % con respecto a 2015”, di o Bloque. Na mesma sesión, aprobouse a conta xeral de 2016 cos votos a favor do PP, o PSOE e o concelleiro non adscrito Roberto González, o voto en contra do BNG e da non adscrita Beatriz Martínez, e a abstención de UxO e do non adscrito Luís Caamaño. Os votos en contra fundamentáronse en que ata nove contratos están caducados e foron prorrogados de maneira tácita, algo que “non permite a lei de contratos do sector público”, segundo os nacionalistas, que emprazan ao alcalde a resolver a situación.


12

Crónicas - Outubro 2017

ACTUALIDADE COMARCA

OROSO Intervención nas pistas e estradas das parroquias e na capital municipal

A Mancomunidade aproba en outubro os seus orzamentos para todo 2017

Dedican máis de 40.000 euros a mellorar a seguridade viaria local

Coa maior parte do ano xa transcorrida, a Mancomunidade de Ordes aprobou a mediados deste mes de outubro o seu orzamento para 2017. Suman 1.449.000 euros, segundo revelou a propia entidade. O organismo supramunicipal non detallou de momento a distribución das contas por capítulos, polo que ata que se publique a súa aprobación definitiva non se coñecerá canto gastará en persoal, canto en bens e servizos correntes e canto en investimentos. O que si explicou é que o orzamento deste ano medra case un 17 % sobre 2016. O incremento xustificaríase na inclusión de diñeiro para varios proxectos sobre xuventude promovidos pola Xunta. No mesmo pleno no que se aprobaron os orzamentos, a Mancomunidade formalizou a solicitude dunha subvención para a contratación do axente de emprego e desenvolvemento local.

O Concello de Oroso destina máis de 42.000 euros á actuacións de mellora da seguridade na rede viaria de titularidade municipal, tanto en diversas parroquias como en Sigüeiro, a capital do concello. O primeiro investimento xa se acometeu nas parroquias, por un importe duns 12.000 euros. Ademais de colocar bandas redutoras de velocidade nas inmediacións do colexio Camiño Inglés, renovouse a sinalización horizontal e vertical na estrada que vai desde Os Carballos ata Folgoso a través de Deixebre. Ademais de renovar sinais que o precisaban, repintáronse numerosas marcas viarias, foron colocadas bandas redutoras en varios puntos conflictivos e instaláronse advertencias luminosas e sinais de ‘stop’ en varias localidades. A intervención en Sigüeiro foi sacada a concurso a principios de outubro e o Concello estima que poderá estar acabada antes do remate deste ano. O orzamento é duns 30.000 euros e está centrado na sinalización

Limitación de velocidade na estrada que vai desde Os Carballos ata Folgoso

horizontal e vertical en case todas as rúas da localidade. En concreto, está previsto recolocar sinais e pintar marcas viarias na avenida da Grabanxa, na rúa do Deporte, na rúa Camiño Inglés, na rúa do Concello, na rúa do Campo, na Praza Isaac Díaz Pardo, na avenida

de Compostela, na rúa Travesa, na praza Alexandre Bóveda, na rúa do Mediodía, na rúa do Portiño, na rúa Ourense, na rúa Álvaro Cunqueiro, na rúa Honda e na Rúa Carracide. Na urbanización de Porto Avieira, da parroquia da Gándara, contémplase tamén unha actuación especial.

ORDES

ORDES

O salón ‘Ordes Eventos’ estréase coas propostas de máis de vinte firmas comerciais do municipio

Un curso forma na xestión integrada de recursos humanos

Chega ‘Ordes Eventos’, a primeira edición dun salón no que se exporán numerosas novidades relacionadas coa celebración de vodas, bautismos e comuñóns, así como outras celebración sociais desta tipoloxía. A mostra terá lugar no Pazo do Bidueiro na vindeira fin de semana, do 28 e o 29 de outubro. Nas dúas xornadas, estará aberta de 11 a 20 horas. ‘Ordes Eventos’ contará coa participación de máis de vinte establecementos comerciais, que aproveitarán para dar a coñecer todos os seus servizos profesionais relacionados coas celebracións. En concreto, asistirán Gráficas Alpi, Clínica Dental Alberto Rama, A Tenda de Ana, Animación Musical EneB, Kyrie, centro de actividades Koala, Kukadas, MX AF, Alfonso Xoieiros, Gala, Pazos, So-

nora Music, Ekaté, Silvia Vieites, Patricia Palmeiro Perruquería, Futur Viajes, Javier Alfonso Moda, Aromas, Estela Montes Fotografía e La Repro Eventos. Esta iniciativa está organizada pola Asociación de Comerciantes de Ordes (ACORDES) e o seu propósito é servir de axuda ás persoas que estean inmersas no proceso de organización dun enlace matrimonial, un bautismo ou unha primeira comuñón, así como outros eventos sociais. Os responsables da organización aseguran que se poderá atopar “todo o preciso” nese cometido. Os distintos establecementos farán fincapé na variedade de servizos dispoñible no sector comercial ordense, a súa profesionalidade, a capacidade de ofrecer unha atención personalizada, e os prezos competitivos nos seus servizos e produtos.

Inicio das clases, que se prolongarán ata o vindeiro mes de xuño

Un curso forma a quince persoas na xestión integrada de recursos humanos ata o vindeiro mes de xuño en Ordes. En total, recibirán 808 horas de formación teórica e actividades prácticas en empresas. As persoas que superen o curso obterán o certificado oficial de profesionalidade no nivel 3.

Esta titulación é válida para exercer funcións diversas funcións relacionadas cos recursos humanos, as relacións laborais, a responsabilidade sobre o persoal ou a xestión de nóminas en empresas. A iniciativa de formación está organizada en conxunto polo Concello de Ordes e a Consellería de Economía, Emprego e Industria.


Crónicas - Outubro 2017

13

ECONOMÍA E TRABALLO Entra en concurso de acredores a única firma do Grupo Deus que faltaba por facelo A empresa Shivshi, S.L. entra tamén en concurso de acredores. Era a única do grupo téxtil ordense Deus que faltaba por facelo, tras a crise que atravesaron as distintas firmas e que implicaron o despedimento de decenas de persoas, practicamente todas mulleres, despois de meses sen cobrar. Shivshi, curiosamente, tiña o seu domicilio social en Barcelona. Un xulgado do mercantil desta cidade encargouse de publicar o auto que declara o concurso de acredores, o que antes se coñecía como declaración de quebra. Foi declarado o 13 de setembro e publicado dez días despois no Boletín Oficial do Estado. Como é habitual neste tipo de procedementos, a xustiza designa un administrador concursal e chama aos acredores da empresa a comunicar os créditos pendentes para ser incluídos na lista de acredores, antes de ser recoñecidos e logo clasificados.

TÉXTIL Proxectan formación e apoio individual para afectadas polos EREs

Presentan un plan de inserción laboral sen confirmar a financiación

O proxecto presentouse nunha reunión con afectadas polos despedimentos no téxtil

A Xunta presentou en Ordes un plan de inserción laboral para persoas afectadas por Expedientes de Regulación de Emprego (ERE) no sector téxtil, sen ter aínda confirmada a financiación precisa para desenvolvelo, e por tanto carecendo aínda dun prazo de realización. Nun encontro con representantes municipais e varias decenas de

COMARCA

Falece en accidente o empresario Darío Fernández O empresario Darío Fernández Vales, de 61 anos, faleceu nun accidente de tráfico na estrada Mesón do Vento-Betanzos, en Abegondo. O seu coche bateu frontalmente cun camión e pereceu practicamente no acto. Natural de Viós, era unha persoa moi coñecida na zona, onde dispoñía de almacéns de venda e distribución de pensos e fertilizantes en Mesía e Frades.

persoas afectadas pola crise do que foi un dos motores do traballo na comarca, a secretaria xeral autonómica de Emprego, Covadonga Toca, detallou as características do proxecto e explicou que tratarán de obter o apoio do Fondo Europeo de Adaptación á Globalización para acometelo. De levarse a cabo, o plan serviría para acompañar de xeito individual a

persoas afectadas no seu proceso de retorno ao mercado laboral. Despois dun diagnóstico inicial, ofrecería obradoiros, orientación e formación, para de seguido adentrarse na prospección do mercado laboral e efectuar un seguimento personalizado. Entre as accións concretas que se proxectan, figuran obradoiros de activación laboral e reforzo de competencias, un programa de orientación laboral tanto por conta allea como en autoemprego, formación en competencias básicas, formación transversal, recualificación profesional fóra do sector, especialización no téxtil, ou formación específica para emprender. Do mesmo xeito, a iniciativa, se chega a confirmarse, contaría con incentivos para o fomento do autoemprego, a conciliación e bolsas de desprazamento. A secretaria xeral de Emprego afirmou que a iniciativa é novidosa no ámbito europeo porque “por primeira vez circunscríbese a un territorio concreto” unha acción deste tipo.


Crónicas - Outubro 2017

14

ECONOMÍA E TRABALLO ORDES O director financeiro dedica o galardón aos traballadores e traballadoras e á rede de distribución da firma

A ordense Internaco gaña o premio á pequena e mediana empresa do ano da Coruña 2017 A empresa ordense Internaco é a gañadora do Premio Peme do Ano da Coruña, convocado polas Cámaras de Comercio da Coruña, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela e o Banco Santander. O xurado elixiu a Internaco dunha terna de finalistas, nas que se atopaban tamén Obras Civiles del Atlántico e Iceacsa. Destacou das tres a súa vocación internacional e a súa aposta pola innovación e o emprego de calidade. Miguel López, director financeiro de Internaco, recibiu o galardón de mans do presidente da Cámara da Coruña, Antonio Couceiro. No acto de entrega tamén estiveron presentes o presidente do xurado do premio e director da Cámara da Coruña, Gonzalo Ortiz; o vicepresidente da Cámara de Santiago, José Luis Rodríguez Dacal; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; e a directora territorial de Banco Santander, Rosario García Alonso. Carlos Tato, director xeral de Obras Civiles del Atlántico,

e Fernando Illanes, director xeral de Iceacsa, recolleron os seus accésits. Na súa intervención, Miguel López agradeceu o premio e dedicouno aos traballadores da compañía, aos seus mil distribuidores en España e Portugal e aos importadores. Antonio Couceiro, pola súa parte, subliñou que o premio pretende recoñecer o labor das pemes da nosa economía “valorando as súas iniciativas innovadoras e de internacionalización, así como a aposta polo emprego de calidade e a formación”. O presidente da Cámara coruñesa agarda que tras esta primeira edición dos premios veñan “outras moitas que sirvan para dar visibilidade ao esforzo diario dos empresarios coruñeses”, dixo. Rodríguez Dacal, como vicepresidente da Cámara compostelá, desexou que “este premio sexa para Internaco un aliciente para continuar na liña ascendente de innovación e internacionalización, sempre con interese por fomentar a formación entre os seus traballadores, coa inten-

Miguel López (dereita), director financeiro de Internaco, recolle o premio de mans de Antonio Couceiro, presidente da Cámara de Comercio da Coruña

ción final de mellorar a produtividade da compañía”. SOBRE A EMPRESA Internaco é unha compañía líder no sector da distribución de maquinaria que, coa creación da súa pro-

LEITE As organizacións agrarias piden de novo transparencia na fixación dos prezos

O leite debería cobrarse a 0,44 euros se seguise a cotización da manteiga A mínima suba do prezo do leite en orixe nos últimos meses faise aínda máis cativa se se compara coa evolución das cotizacións internacionais da manteiga e outros produtos que se extraen. Tanto que as organizacións agrarias estiman que os Gandeiros e Gandeiras non deberían cobrar os 0,30 euros por litro de media, senón 0,44 euros. Ese é o importe que resulta se o valor en orixe seguise unha evolución semellante á da manteiga. Nin en Galicia nin no conxunto de España sucede así. Pero en cambio no resto da Unión Europea esa tendencia, que se manterá nos vindeiros meses, si repercute, para ben, no peto dos produtores: a cotización media da UE acadou os 0,36 euros por litro. Os feitos demostran unha vez máis que no noso sector, de primeira relevancia económica na comarca, o produtor segue sendo a parte máis débil, sobre a que recaen case todos os danos cando as cousas van mal e que practicamente non se beneficia

Acto de promoción do consumo de leite en lácteos en centros escolares

cando se poñen algo mellor. A explicación que ofrecen as organizacións agrarias é xa coñecida. Tal como din, mentres noutros países da Unión Europea hai unhas pautas de indexación de prezos recoñecidas e recoñecibles nas que se teñen en conta factores como o valor da manteiga, en España a industria aplica os seus propios criterios pola

súa conta, sen que os Gandeiros teñan moita capacidade de decisión e sen que os cambios normativos contribúan a rectificar este sistema. Por iso, os sindicatos agrarios insistiron nas últimas semanas en demandar transparencia no método co que se establecen os prezos, ao demostrarse de novo que obvia incluso as dinámicas do mercado.

pia marca, Benza, potenciou a súa presenza nos mercados internacionais, exportando actualmente a máis de 50 países. A empresa, con instalacións situadas en Queirúa (Ordes), conta actualmente cun centenar de empregados.

PREZOS DO LEITE

AGOSTO / XULLO (€/litro) Galicia Andalucía Aragón Asturias Baleares Canarias Cantabria Castela-A Mancha Castela e León Cataluña Extremadura Madrid Murcia Navarra Euskadi A Rioxa Valencia ESPAÑA

0,303 0,329 0,309 0,332 0,302 0,449 0,310 0,325 0,315 0,329 0,316 0,320 0,312 0,317 0,338 0,323 0,324 0,316

0,299 0,327 0,304 0,329 0,301 0,449 0,307 0,323 0,310 0,307 0,312 0,320 0,315 0,311 0,335 0,314 0,322 0,310

MEDIAS ESPAÑA AGOSTO 2013 0,349 2014 0,348 2015 0,299 2016 0,290 2017 0,316

PRODUCIÓN AGOSTO 2016

2017

Galicia 216.988 tn 224.142 tn España 570.312 tn 579.735 tn Fonte: FEGA (01-10-2017)


Crónicas - Outubro 2017

15

XENTE DE AQUÍ MESÍA O segundo intento aumenta moito a participación, pero aínda é insuficiente

ORDES

Faltaron 75 gaiteiros para o Guinness

O Museo do Traxe acolle unha mostra de fotografía de aves e cetraría de Luís Ogando

Mesía terá que seguir agardando polo récord Guinness de persoas tocando a gaita á vez. O segundo intento da Asociación Veciñal San Antonio Olas logrou 259 participantes. Son moitos máis que a primeira vez, en xuño pasado, pero seguen sendo insuficientes. Para arrebatarlle a marca a Sofía, capital de Bulgaria, facían falta cando menos 334, de maneira que eran precisos 75 gaiteiros e gaiteiras máis. A intensa campaña a través das redes sociais, en medios de comunicación e en festivais que efectuaron os integrantes da asociación durante os meses do verán non logrou entrar no afamado rexistro mundial, pero si serviu para artellar unha gran festa. O 7 de outubro, na emblemática carballeira situada a carón da Capela de Santo Antón, en Olas (Mesía), non cundiu o desánimo e centos de persoas, entre gaiteiros e público, sumáronse á unha celebración coa música tradicional galega como a principal protagonista. A entidade organizadora aínda non anunciou nova data. Pero o que está claro e que o seguirán inten-

Xornada inaugural da mostra

O fracaso non impediu unha gran festa coa música galega como protagonista

tando, dado que ademais o regulamento dos Guinness non limita o número de tentativas e as ansias de superar aos búlgaros permanecen intactas. AGRADECEMENTO De momento, só teñen palabras de agradecemento a todas as institucións, empresas, entidades e per-

soas que lles axudaron na iniciativa, pero sobre todo aos gaiteiros e gaiteiras que acudiron desde múltiples procedencias e que fixeron “que nos sintamos aínda máis orgullosos de pertencer a esta terra, porque cando soa unha gaita remexe a alma e sentimos todos unha ledicia que nos fai sentirnos máis unidos e solidarios”, afirma a asociación.

O Museo do Traxe Juanjo Liñares, en Ordes, acolle entre o 11 e o 29 de outubro unha exposición de fotografía sobre aves e cetraría, con obras de Luis Ogando Gayo. O día 27 de outubro, ás 20:30 horas, o autor ofrecerá unha conferencia sobre a realización de fotografías na natureza, dando conta das súas experiencias, técnicas e traballos neste eido. A exposición é unha actividade previa á decimosexta edición do Campionato Galego de Cetraría, que se desenvolve no Mesón do Vento (Ardemil, Ordes) entre os días 27 e 29 de outubro.


16

Crónicas - Outubro 2017

XENTE DE AQUÍ FRADES

COMARCA ‘Quen dixo medo?’ é unha iniciativa da Deputación da Coruña

Relixión e política mestúranse na celebración do San Miguel, festivo local

Un novo programa leva ás aulas a loita contra a violencia de xénero

Procesión arredor da capela

Frades mantén como festivo local o San Miguel, que se celebra na capela de San Nicolau nunha xornada na que se mesturan a relixión, a diversión veciñal e a política. Nos ritos relixiosos, significouse a misa con procesión de figuras na contorna da capela. En canto á diversión veciñal, numerosas persoas acudiron a comer na propia carballeira e asistiron á sesión vermú e á verbena nocturna. E no apartado político, as Novas Ceracións do PP organizaron un xantar ao que asistiron diversos integrantes do pertido.

Un novo programa trata de concienciar e sensibilizar contra a violencia de xénero con actividades nas aulas, con obradoiros e contacontos para o alumnado de educación infantil e primaria e xornadas temáticas centradas nas tecnoloxías da información e a comunicación en cuarto curso da ESO. En Ordes, ‘Quen dixo medo?’, iniciativa da área de Igualdade da Deputación da Coruña, comezou no IES Maruxa Mallo. O obxectivo é chegar aos máis novos, na súa etapa de formación como persoas, para sensibilizar e previr sobre a violencia de xénero, desmontar mitos e estereotipos sexistas e favorecer a responsabilidade social. As accións están encamiñadas ademais a facer visible o fenómeno da violencia de xénero e propiciar que se cambien as crenzas e actitudes negativas para implicar o conxunto da poboación. Por iso, tamén se divulgan os coñecementos, mecanismos, recursos e habilidades que se precisan para

O alumnado dos IES de Ordes foi o primeiro en participar en ‘Quen dixo medo?’

percibir e identificar os diversos indicios e manifestacións da violencia de xénero e poder así actuar contra ela. SEGUIMENTO Fóra das aulas, o programa ‘Quen dixo medo?’ permite que o siga e o

coñeza calquera persoa. Na páxina web www.quendixomedo.gal pódese obter información sobre a iniciativa e tamén a través do seu espazo propio nas redes sociais, ao que se pode acceder na ligazón www.facebook.com/qdmedo/.

ORDES

OROSO

Visita de estudantes do IES-1 a unha cooperativa padronesa

Os maiores van de excursión a San Andrés de Teixido e Cedeira

O alumnado tivo ocasión de coñecer o traballo da cooperativa A Pementeira

Os participantes na saída coñeceron o santuario cunha visita guiada

Máis de cen alumnos e alumnas do IES-1 de Ordes visitaron a cooperativa padronesa A Pementeira, dedicada á produción e comercialización de produtos agrícolas. A viaxe, organizada pola oficina de cooperativismo da Mancomunidade, serviulles para coñecer como se efectúa o traballo na enti-

Unha excursión municipal levou 45 veciños e veciñas de Oroso, todos maiores de sesenta anos, a Santo Andrés de Teixido e a Cedeira. A viaxe foi organizada polo Concello coa colaboración da Asociación da Terceira Idade de Oroso. No percorrido da xornada, as persoas que participaron tiveron

dade e que vantaxes ten a fórmula cooperativista. Nunha xornada formativa previa no seu centro, os estudantes recibiron información teórica sobre as sociedades desta natureza. No seu desprazamento a Padrón, aproveitaron para visitar a Casa Museo de Rosalía de Castro, recentemente readaptada.

ocasión de coñecer o afamado santuario e a súa contorna mediante unha visita guiada. Despois, acudiron a xantar a Cedeira e pola tarde dispuxeron de tempo libre para coñecer a vila. Na saída, estiveron acompañados polas concelleiras de Atención ao Maior, Vanesa Boo, e de Benestar Social, Beatriz Rodeiro.


Crónicas - Outubro 2017

17

XENTE DE AQUÍ ORDES Recadou uns 2.000 euros para investigación

A AECC celebra con éxito o xantar solidario A sétima edición do Xantar-Baile Solidario da Asociación Española Contra o Cancro en Ordes congregou unhas 400 persoas no Restaurante Barreiro, de Leira (Ordes). O evento logrou recadar uns 2.000 euros, que se destinarán a diversos programas que desenvolve a asociación e a investigación. Na cita, a AECC estivo representada, entre outras persoas, polas súas presidentas provincial, Elena Viturro, e local, Emilia Vázquez. Acudiron integrantes do goberno local, encabezados polo alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, máis o grupo municipal do BNG, e munícipes doutros concellos da comarca. Destacou tamén a presenza do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña. A este último dirixiuse parte da intervención do alcalde ordense, que reclamou máis dotacións para o centro de saúde de Ordes, especialmente no ámbito do diagnóstico por imaxe, e a construción do heliporto a carón do servizo sanitario, tal como prevé o Plan Xeral de Ordenación Municipal. Vázquez Almuíña felicitou á AECC polo labor que desenvolve e destacou a capacidade das asociacións de pacientes para abordar aspectos aos que a Administración non dá chegado e que contribúen á mellora da calidade de vida dos enfermos. Houbo tamén un recoñecemento á colaboración da Banda de Música de Ordes coa AECC. E entre todos os

participantes na comida-baile sorteáronse diversos agasallos doados polos comerciantes de Ordes. Autocares Rogelio ofreceu transporte gratuíto para as persoas asistentes.

OUTONO CULTURAL OROSO 2017 29 SET - 4 DEC

EXPOSICIÓNS

OLLADAS AO CAMIÑO INGLÉS Do 5 ao 11 de outubro Fotografía

ESENCIAS DE MULLER Do 16 de outubro ao 15 de novembro

PRESENTACIÓN DO LIBRO

Construción naval de Ferrol

“FRESAS PARA KALÍOPE”

EXPONAV

Do 20 de novembro ao 4 de decembro

De Jorge del Oro Aragunde Venres, 20 de outubro ás 20:30 h

XORNADAS

MONÓLOGO

MICOLÓXICAS

CARLOS BLANCO Venres, 29 de setembro ás 21 h Prezo da entrada: 5 € (venda das entradas a partir do 18 de setembro no centro cultural)

Sábado, 21 de outubro (ver publicidade específica). Máis información e inscricións no centro cultural

ACTUACIÓN

TEATRO MALASOMBRA

PICADISCOS MARIFALTRI

O CASO É TER SAÚDE Venres, 6 de outubro ás 21 h Dirixido ao público adulto

CHARLA TODOCOSMOS

AS ESTRELAS E OS SISTEMAS PLANETARIOS EXTRASOLARES

FESTA DO SAMAÍN Martes, 31 de outubro, de 17 a 20 h Fotomatón, disco móbil e obradoiros de maquillaxe. Colabora traendo aperitivos terroríficos para a merenda. Dirixido ao público familiar

ESPECTÁCULO PARA BEBÉS PERCUBEBÉ Sábado, 4 de novembro. 11 h: 1º pase e ás 12 h: 2º pase. Dirixido a nenos/as de 0 a 3 anos. Inscricións no centro cultural, prazas limitadas

Martes, 24 de outubro ás 18 h Día da Biblioteca. Dirixido ao público familiar

CARAMUXO TEATRO

TEATRO CÓMICO DE ISABEL RISCO

Domingo, 12 de novembro ás 18 h Dirixido a partir de 4 anos

NAVIZA GIRL

TEATRO CHÉVERE

Venres, 27 de outubro ás 21h Dirixido ao público adulto

AS FABAS MÁXICAS

AS FILLAS BRAVAS

Sábado, 7 de outubro ás 12 h Inscricións no centro cultural. Dirixido a partir de 11 anos

MONICREQUES FANTOCHES BAJ

Venres, 17 de novembro ás 21 h Dirixido ao público adulto

TEATRO ANDAINA PRO SAÚDE MENTAL

OS GOLFIÑOS E O XIGANTE

TEATRO BAOBAB

Domingo, 29 de outubro ás 18 h Dirixido ao público familiar

FÍOS

ENTREGA DE CABAZAS

Domingo, 26 de novembro ás 18 h Dirixido a partir de 3 anos en diante

27, 28 e 30 de outubro. Entrega a túa cabaza decorada con temática do Samaín, e recibirás un agasallo!! As cabazas estarán expostas no centro cultural.

AS ACTUACIÓNS LEVARANSE A CABO NO CENTRO CULTURAL.

SHAKESPEARE PARA TODOS Martes, 10 de outubro ás 20 h Día Mundial da Saúde Mental. Dirixido a todos os públicos

ORGANIZA

COLABORAN

MÁIS INFORMACIÓN

CENTRO CULTURAL 981 690 903 WWW.CONCELLOOROSO.COM


18

Crónicas - Outubro 2017

XENTE DE AQUÍ MESÍA

Herminda fai 103 anos en Albixoi... Herminda Rivas González celebrou os seus 103 anos en Albixoi (Mesía), acompañada polas súas tres fillas, os netos, o bisneto, sobriños e demais familia, veciños e amigos. O alcalde, Mariano Iglesias, acudiu a felicitala e entregoulle flores máis unha carta apelando aos bos recordos.

FRADES

... e Ramiro cumpre 100 en Aiazo En Aiazo (Frades), Ramiro López Cotón celebrou o seu centésimo aniversario cunha festa na súa vivenda á que acudiron máis de cen persoas, entre familiares, amistades e veciñanza. Natural da parroquia, López ten catro fillos, unha decena de netos e netas e varios bisnetos. Recibiu a visita do alcalde, Roberto Rey, e do concelleiro Juan

Carlos Portos, que lle entregaron unha placa conmemorativa do cumpreanos. Na festa non faltou a música, da que se encargou o grupo folclórico Sarillo, da propia parroquia, que tamén lle entregou ao centenario como agasallo a figura dun zoco, dado que durante moitos anos López Cotón exerceu o oficio de zapateiro artesanal.

ORDES

ORDES

Preséntase a tradución de ‘Caracteres’ de Iria Pedreira

Curso de manipulación de alimentos coa Cruz Vermella A Cruz Vermella de Ordes organiza un curso para a obtención do carné de manipulación de alimentos. Será o 18 de novembro, de 10:00 a 13:00 horas, na Aula de Formación que a entidade ten en Ordes. O prezo de asistencia é de 20 euros. Non obstante, existen descontos do 10 % para persoas en situación de desemprego, estudantes, so-

cios e voluntarios da Cruz Vermella. No caso de persoas en situación de desemprego superior a tres meses, o desconto será do 20 %. Para obter máis información e para matricularse, pódese escribir ao enderezo electrónico cruzrojaordes@cruzroja.es, acudir ás súas instalacións nos baixos da Alameda ou chamar ao 981 21 64 97.

OROSO

Decenas de persoas asistiron á presentación no auditorio do Museo do Traxe

A filóloga ordense Iria Pedreira Sanjurjo presentou no Museo do Traxe Juanjo Liñares a súa tradución ao galego de Caracteres, obra do clásico grego Teofastro. Decenas de persoas asistiron ao acto de presentación, ante o que Pedreira agradeceu a boa acollida.

Na súa intervención, estivo acompañada por Moisés Barcia, en representación de Rinoceronte Editora, e por Raúl Gómez Pato, director da colección Vétera. Cristina Collazo encargouse de ofrecer unha lectura dramatizada de varios fragmentos da obra.

Convocan clases de preparación para obter o graduado na ESO Ata este 27 de outubro permanece aberto en Oroso o prazo de inscrición nun curso gratuíto para preparar as probas libres de obtención do título de graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). O Concello, que organiza esta iniciativa, aconsella inscribirse canto antes porque o número de prazas está limitado a vinte persoas. Poden acceder persoas maiores de idade, que

antes terán que realizar unha proba para poder avaliar o punto de partida do grupo, de maneira que as clases teñan un nivel homoxéneo para todas as persoas asistentes. O curso tratará os temas máis destacados da educación secundaria para persoas adultas, facilitando o éxito nas probas libres para obter o graduado que convoca a Xunta de Galicia.


Crónicas - Outubro 2017

19

XENTE DE AQUÍ TORDOIA Participaron 55 veciños e veciñas e acudiron a diversas paraxes turísticas

ORDES

Tres días de viaxe por terras de Asturias e León

Un posto da campaña sobre saúde mental no traballo fai parada na Alameda ordense

Mesa de Andaina Pro Saúde Mental

Unha mesa informativa instalouse na Alameda de Ordes con motivo do Día Internacional da Saúde Mental. A cargo de integrantes da asociación Andaina Pro Saúde Mental e FEAFES, deu conta da realidade das persoas con dificultades de saúde mental no traballo. Ademais de repartir folletos, informaron da necesidade de falar, traballar en equipo con respecto e comunicación, adaptar os traballos ás persoas, reducir a presión social, non sobrecargar ou non aproveitarse da boa predisposición para favorecer a integración deste colectivo.

Durante tres días, 55 veciños e veciñas de Tordoia participaron nunha excursión municipal a Asturias. Cudillero, Avilés, Covadonga, Cangas de Onís, Oviedo ou o Monte Naranco foron algúns dos puntos de interese turístico que visitaron. Á volta, na última parada, tiveron tempo de comer nun restaurante-cova de Valdevimbre, en León.

FRADES

Excursión por varias provincias de Andalucía e de Extremadura Veciños e veciñas de Frades participaron nunha excursión municipal durante catro días a Mérida, Sevilla e Córdoba. Entre os lugares que visitaron, figuran o teatro e o anfiteatro de Mérida e os lugares de maior interese turístico de Sevilla, cunha visita guiada pola Catedral, a Gi-

ralda, a Praza de España, o Mercado de Triana, a Fábrica de Santa Ana ou o Castelo de San Jorge. En Córdoba, coñeceron a capital e visitaron o Palacio de Viana e o Museo do Viño de Valdepeñas. Na viaxe participaron os concelleiros Jesús Francos Juan Carlos Portos.


20

Crónicas - Outubro 2017

XENTE DE AQUÍ Sogama forma axentes da Garda Civil na xestión sostible de residuos Sogama, principal empresa dedicada en Galicia ao tratamento de residuos, formará preto dun centenar de gardas civís na xestión sostible de residuos e na economía circular. Será mediante un curso en liña, con cincuenta horas lectivas, que deseñou a propia compañía pública. Dous técnicos de Sogama encargaranse dos labores de titoría, explicando e dinamizando os contidos do curso e comunicándose coas persoas participantes, que traballan en Galicia, para atender as súas observacións e comentarios. Durante dous meses, ata mediados de decembro, o curso desenvolve dez temas, complementados cun foro de actualidade no que os titores expoñen noticias vinculadas ao sector da xestión de residuos. Para superar o curso, o alumnado será sometido a tests de avaliación en cada tema. Recibirán un diploma acreditativo.

COMARCA Participaron os seus responsables locais e os alcaldes de Ordes e Mesía

A Garda Civil e Correos celebran en Ordes a Virxe do Pilar, a súa patroa

Os actos litúrxicos, con ofrenda floral, celebráronse na igrexa parroquial de Ordes

Integrantes da Garda Civil e do corpo de Correos celebraron en Ordes a Virxe do Pilar, patroa das dúas institucións. Os actos litúrxicos tiveron lugar na igrexa parroquial o propio Día da Hispanidade, o 12 de ou-

tubro, e a eles acudiron decenas de persoas. Entre os cargos que asistiron a este evento tradicional, figuraron o comandante do posto da Garda Civil de Ordes, Francisco Miguel Ma-

tías; o sarxento Juan Cendal e o cabo primeiro Miguel Mosquera, ademais de Anxo Cores, director da oficina de Correos en Ordes. Como representación municipal, participaron os alcaldes de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e de Mesía, Mariano Iglesias Castro. Tamén os concelleiros de Cultura e de Comercio de Ordes, José Manuel Mira e José Manuel Rodríguez. Ademais, estiveron o xuíz decano de Ordes, Xosé Manuel Maside; o xefe da Policía Local de Ordes, Eduardo Rodríguez Regos; e integrantes da agrupación de Protección Civil de Ordes. Como é habitual, a celebración tivo como un dos seus momentos máis destacados a ofrenda floral, efectuada polos máximos responsables locais da Garda Civil e de Correos. Foi nunha escenografía instalada especialmente para a xornada, cun altar con profusa simboloxía patriótica, coa figura da Virxe do Pilar cuberta polo manto da Garda Civil e a bandeira española.

COMARCA

MESÌA

Prácticas laborais para vinte mozos e mozas no estranxeiro

Casa Grande de Xanceda promove a adopción de animais

Encontro de participantes de ‘Galeuropa’ con cargos autonómicos e locais

Deseño dun dos envases cun dos oito cans abandonados da campaña

Vinte mozos e mozas de varios municipios da comarca realizan durante dous meses prácticas formativas en diversos países estranxeiros, como o Reino Unido, Italia ou Portugal. Este apoio á inserción laboral forma parte do programa ‘Galeuropa’, da dirección xeral de Xuventude da Xunta. Antes de marchar, os mozos e mozas, de entre 18 e 30 anos de idade, mantiveron un

Casa Grande de Xanceda, a granxa dedicada á produción de iogur e queixo ecolóxicos en Mesía, promove a adopción de animais abandonados coa súa nova remesa de envases. Os novos paquetes dos seus produtos teñen como protagonistas oito cans abandonados. O propósito é facer que “deixen de ser invisibles”, tal como aseguran desde a empresa, ao chegar a to-

encontro coa directora xeral, Cecilia Vázquez, e con alcaldes e concelleiros da comarca. As prácticas formativas abranguen ámbitos profesionais como o dereito, a cooperación internacional, a cultura, a educación ou o marketing. A estadía debería servirlles aos participantes para incrementar as súas competencias profesionais e adquirir experiencia válida para a inserción laboral.

das as tendas, supermercados e demais establecementos que comercializan os iogures. A campaña, lanzada con motivo do Día Mundial dos Animais o 4 de outubro, quere contribuír a loitar contra o abandono de mascotas e evitar datos como o de que en 2016 foron abandonados 137.000 cans e gatos en toda España, segundo indica a Fundación Affinity.


Crónicas - Outubro 2017

21

DEPORTES IRONMAN O alemán Lange gaña a proba

Iván Raña acaba undécimo en Hawai “contento e reventado” O triatleta de Ordes Iván Raña Fuentes acadou a undécima posición no Ironman de Hawai, cun tempo de 8 horas 24’ 54’’. A proba gañouna o alemán Patrick Lange cun rexistro de 8h 1’ 40’’ para os 3.800 metros a nado, 180 quilómetros de bicicleta e 42,2 quilómetros de carreira a pé. Case ninguén contaba coa victoria de Lange, que aínda por riba fixo a mellor marca da proba. Raña rematou a parte de natación no decimoterceiro posto e despois perdeu varias prazas na proba de ciclismo, aínda que a marxe do líder da competición, nese momento o australiano Josh Amberger, era de aproximadamente un minuto. Non obstante, o ordense remontou na parte final de carreira a pé ata catorce postos, como xa parece ser a marca da casa. O undécimo posto non era todo o que esperaba no Ironman de Hawai, no que en 2013 fora

sexto coa súa primeira participación e despois lograra a decimosétima, a duodécima e a novena prazas en sucesivas ocasións. Campión do mundo de tríatlon en 2002, Raña recoñeceu que esta vez fora a Hawai “con gañas de algo máis”, pero de todas as maneiras declarouse “contento e reventado”. En realidade, estivo moi preto de acadar postos superiores. Para o vindeiro ano conta con repetir: “haberá que seguir adestrando para volver a Kona, coidando cada detalle, que aínda hai algún por pulir”, explicou no sei espazo en Facebook. No ironman de Hawai, caracterizado en boa medida polas elevadas temperaturas nas que se disputa, participaron uns 2.400 deportistas de todo o mundo, en diferentes categorías. É unha das probas máis destacadas do circuíto desta especialidade.

Raña logrou resistir no tramo de bicicleta para logo remontar na carreira a pé (IRF)

RECOÑECEMENTOS O Concello destaca os éxitos acadados e a súa contribución á promoción de Ordes

Recepcións oficiais ao Montaos e a David Santos

Recepción ao atleta David Santos Domínguez no salón de plenos municipal

Integrantes da S.D. Montaos, cos seus títulos recentes na recepción no Concello

A Sociedade Deportiva Santa Cruz de Montaos e o atleta ordense David Santos Domínguez protagonizaron cadansúa recepción oficial no Concello de Ordes, como recoñecemento ás súas traxectorias e éxitos deportivos recentes. O club de fútbol acudiu con xogadores, cadro directivo e corpo técnico e foi recibido polo alcalde, José

sos municipais coa entidade. José Manuel González, adestrador, amosouse orgulloso cos xogadores nos cinco anos que leva ao seu cargo. Gonzalo Seoane, capitán, animou os compañeiros a seguir “loitando por novas vitorias”. O presidente, José Manuel Álvarez, agradeceu a colaboración municipal e a concelleira de Depor-

Luis Martínez Sanjurjo, a concelleira de Deportes, Ana Soneira, e o responsable local de Comercio, José Manuel Mira, natural de Montaos. A homenaxe serviu para recoñecer o campionato de liga da pasada tempada, e o consecuente ascenso do equipo á segunda división autonómica. O rexedor falou dun “gran equipo” e reiterou os compromi-

tes desexou que na nova tempada o conxunto acade novos títulos. En canto a David Santos Domínguez, a recepción serviu para salientar o seu elevado mérito deportivo, posto que nos últimos anos está conformando un considerable palmarés de éxitos, tanto en probas locais como provinciais, galegas e mesmo de ámbito español.


22

Crónicas - Outubro 2017

DEPORTES XADREZ

ORDES O importe conxunto dos convenios achégase aos 48.000 euros

Martín Pena, campión sub-2000 no circuíto da Deputación 2017

Oito entidades deportivas asinan acordos de colaboración co Concello

Pena Varela, do Club Xadrez Oroso

Martín Pena Varela, do Club Xadrez Oroso, acadou o campionato sub-2000 en categoría absoluta no Circuíto de Xadrez da Deputación da Coruña 2017, que rematou recentemente en Muxía. Pena, de quince anos, superou a xogadores de máis nivel e experiencia. Comezou o torneo no posto vixésimo terceiro do ránking absoluto e rematou no duodécimo con victorias espectaculares no límite do tempo. Sobe 37 puntos no ELO internacional.

Alcalde, concelleira e representantes das entidades, na suscripción dos acordos

Oito entidades, clubs e asociacións deportivas de Ordes asinaron acordos e convenios de colaboración co Concello para o desenvolvemento

da súa actividade, por un importe conxunto de máis de 48.000 euros. Os documentos suscribíronse nun acto colectivo por parte do al-

calde, José Luis Martínez Sanjurjo, e representantes das distintas entidades. En concreto, coa S.D. Club Ordes de fútbol, a A.C. Ordes de hóckey e o Jogafán de fútbol sala formalizáronse convenios plurianuais para darlle continuidade ás escolas municipais das súas disciplinas deportivas. Os demais acordos foron co Club Patinaxe Galia, coa Asociación Deportiva de Taekwondistas da Comarca de Ordes (ADTCO), coa S.D. de Santa Cruz de Montaos e coa A.D. Vila de Ordes. O rexedor explicou que o importe económico ofrecido polo Concello pretende “axudarvos no voso mantemento e para que poidades cubrir gastos como os de desprazamento” e salientou a contribución das organizacións deportivas “á marca Ordes”. Tanto Martínez Sanjurjo como a concelleira de Deportes, Ana Soneira, comprometéronse a seguir apoiando a práctica do deporte con equipamentos e investimentos en infraestruturas deportivas.

KARATE

TAEKWONDO Oito delas foron de ouro, cinco de prata e dúas de bronce

Emma Núñez, campioa galega en kata junior

Quince medallas para a comarca no III Open Internacional de Moaña

Núñez, co ouro obtido en Ferrol

Emma Núñez, karateca de Cerceda, proclamouse campioa galega en kata júnior no campionato disputado hai uns días en Ferrol, ao que concorreron uns 150 deportistas de toda Galicia. Na competición, Núñez amosou un excelente momento de forma. Este é o seu primeiro ano en júnior (16-17 anos) e o ouro acadado en Ferrol é o undécimo campionato galego para ela. Bronce no último español, vai tamén terceira na liga nacional.

O taekwondo da comarca ordense logrou quince medallas coa súa participación no III Open Internacional de Moaña, a segunda cita no calendario do ranking galego desta modalidade deportiva. Foi a través do club Boudsport, radicado en Ordes, que acudiu con vintedous competidores e competidoras. Lograron meterse en trece finais. Deste xeito, dos quince metais obtidos polos xogadores e xogadoras da entidade, oito foron de ouro, cinco de prata e dous de bronce. En concreto, obtiveron os primeiros postos Álvaro Regueiro, Mateo Boudjenane, Manuel Castro, Carla Diéguez, Abril Viqueira, Ainara Loureiro, Uxía Castro e Diego Raña. As medallas de prata acadáronas Pablo Liñares, Daniel Mosquera, Sara Soneira, Álex Rey e Alba Rosende. E as de bronce lográronas Sara Gacio e Claudia Diéguez. A competición disputouse na vila pontevedresa de Moaña, no pavillón polideportivo de Reibón-A Xunqueira. En conxunto, congregou 350

Integrantes do club ordense que se acudiron á competición en Moaña (Pontevedra)

deportistas de diferentes categorías procedentes de toda Galicia. Os integrantes do club acoden con regularidade a todo tipo de competicións, de distintos ámbitos territoriais, acadando con frecuen-

cia considerables éxitos. É o resultado de anos de preparación deportiva nun deporte que deixou de ser un descoñecido na comarca a ser un dos preferidos por parte da xente máis nova.


Crónicas - Outubro 2017

23

OPINIÓN

Os cheiros de Gesuga Por Estrella Vázquez Varela Neste artigo gustaríame facer un percorrido pola contorna de onde vivo, porque temos instaladas varias empresas que xeran unha carga contaminante e de cheiros considerable.

gama e, sobre todo, do vertedoiro da Areosa: ríos contaminados, lodos que discorrían dereitos ao río, peixes mortos, cheiro, etc. Isto co tempo mellorou moito: o vertedoiro segue funcionando pero construíron depuradoras e supoño que se empezou a controlar mellor o xeito de almacenar o lixo. O caso é que agora cheira pouco, polo menos a certas distancias. Non acontece o mesmo cos camións que percorren diariamente as nosas estradas levando ese lixo para Sogama ou para a Areosa, moitos deles deixan detrás un cheiro insoportable, algúns incluso perdendo ​​líquidos​​ ao​​ longo ​​do ​​seu ​​percorrido.

Dende a posta en marcha da central térmica de Meirama, por moito que dixeran que cumpría todos os parámetros medioambientais, todos os que vivimos pola zona puidemos comprobar como as árbores froiteiras, os legumes e moitas outras colleitas viron reducida (e, en moitos casos, anulada) a súa produción. Aínda recordo cando ías coller unhas verzas e as follas estaban cubertas dunha capa de po negro, ou cando as árbores froiteiras estaban cheas de flor pero logo faltaba o froito. Todo isto mudou cando en Meirama se deixou de extraer e queimar carbón como se fixo durante tanto tempo. Agora en moitos casos a produción é esaxerada. Ata temos ​​tomates ​​sen ​​necesidade ​​de ​​invernadoiro!

Ademais, logo chegou para asentarse moi preto da Areosa a empresa de recollida de animais mortos, Gesuga, a cal tamén polo visto cumpre con todos os criterios medioambientais. Pero iso debe ser só no papel, porque na ​​práctica ​​os​​ cheiros ​​que ​​temos ​​que ​​soportar​​son​​ inhumanos.

Á par que sufriamos a contaminación de Meirama, tamén tiñamos que convivir co cheiro de So-

Cónstame que dende o noso Concello se fixeron varias reclamacións polo cheiro que Gesuga está

xerando. Xa sabemos que as empresas créanse para que delas se poidan obter beneficios, e se, ademais, na xestión diaria non cambian os filtros ou non se fai a limpeza adecuada cando se ten que facer para con elo aforrar uns cartos, logo o problema témolo os que vivimos preto deles. Sabemos que esta actividade é moi delicada, posto que a descomposición dos animais ao morrer e moi rápida, por iso a xestión e tratamento dos mesmos debería ser perfecta. Temos moitos días nos que case non se pode respirar, e se non te das conta e deixas unha ventá da ​​casa ​​aberta,​​ xa ​​tes o ​cheiro ​​metido ​​dentro ​​para ​​máis dunha ​​semana. Sabemos que nas instalacións se incineran animais diariamente, pero por que uns días cheira e outros non? Xa sei que o vento e as néboas inflúen, pero non será que ao mellor tamén é importante como se leva a cabo ese traballo? Eu non sei se o considerable aumento de casos de cancro na zona ten algo que ver coas posibles emisións contaminantes de Sogama, a

Areosa ou Gesuga, pero está claro que, o mesmo que a actividade de Meirama afectaba á produción de froitas e legumes, este cheiro que respiramos a diario tamén debe de influír moi negativamente na calidade da nosa saúde. Por todo iso eu quixera facer un chamamento á dirección de todas estas empresas, pero en especial a Gesuga, para que, aínda que estean xerando postos de traballo, e aínda que a súa actividade sexa moi delicada, teñan un mínimo de humanidade e pensen que arredor destas instalacións vive moita xente que día a día estamos respirando os cheiros que estas empresas producen. Ademais pídolles que revisen que os camións van pechados hermeticamente, como en teoría deberían ir, posto que non é de recibo que en ocasións circulen polas estradas sen o toldo, e outras moitas deixando escorrer un líquido pestilente que logo todos estamos a respirar. Non se pode xogar coa saúde de tanta xente. Evitar os cheiros e a contaminación ​​para ​​protexer ​​a​​ saúde ​​dos ​​veciños ​​está ​​nas​ ​súas​​ mans.


Crónicas

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Tameiga. Peche de edición: 22-10-2017. Depósito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com

ENTREVISTA Manolo Viqueira, actual líder do grupo de gaitas ‘Os Viqueiras de Ordes’

“O noso libro-disco Vilaverde recolle música tradicional propia da comarca de Ordes”

Vilaverde. Así se chama o librodisco editado polo grupo de música tradicional ordense Os Viqueiras. Con xa máis de dous meses no mercado, confesan que o traballo está tendo unha acollida satisfactoria, cun bo ritmo de vendas. Non faltan tamén os eloxios por parte dos expertos na música tradicional. Con Manolo Viqueira, á fronte do grupo e fillo do seu fundador Manuel Viqueira, falamos sobre este traballo, que toma o seu nome da aldea de Ordes onde naceron tanto pai como fillo. - Vilaverde incorpora temas tradicionais da comarca. Como foi o proceso de recollida? - Si, todas son tradicionais da comarca. Recollinas eu nun traballo de campo que efectuei dende o ano 2000 ata finais do 2016. - Son pezas previamente documentadas ou tiveron que valerse da tradición oral? - Algunhas das pezas son documentadas e outras de tradición oral, ben dos propios protagonistas ou de informantes. Para axudar a coñecelas e incluso tamén para quen queira tocalas, figuran nun documento PDF no ligro-disco. Inclúen tanto a melodía como os arranxos da percusión. - Cales foron as premisas á hora de elaborar este proxecto? - Despois do primeiro traballo que sacou Manuel Viqueira como solista no ano 2006 por Edicións do Cumio, dentro da colección Os Nosos Gaiteiros onde recolle as súas pezas mais representativas, Os Viqueiras sacamos o primeiro traballo do grupo en 2010, tamén con temas da comarca. Como temos moito material recollido, seguramente para facer dous libros, decidimos facer este libro-

disco para documentar o que é un pouquiño máis a comarca de Ordes. - Ten a música tradicional na comarca algunha peculiaridade? - Si. É unha música propia da comarca de Ordes. Foi recollida a gaiteiros da zona e especialmente a Manuel Viqueira. - Hai canteira? Está garantida a continuidade da tradición musical na zona? - Si, cremos que hai canteira. Teño

alumnos da zona aos que procurei ensinarlle o repertorio. Aínda así con este traballo pretendemos que outros gaiteiros da zona poidan seguir tocando estas pezas. - Na comarca, onde se pode adquirir o libro-disco? - En Ordes, está dispoñible nas li-

brarías Tango, 3 Lápices e Arume, máis na Fábrica de Chocolates. En Cerceda, na libraría Esymar. E en Sigüeiro (Oroso) na Aula 10. Tamén se pode atopar en establecementos da Coruña, Carballo ou Santiago. E pódese pedir contactando a través da páxina do Facebook Os Viqueiras de Ordes.


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.