Cronicas comarcadeordes n47 novembro2017

Page 1

Crónicas

Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 47 - Novembro de 2017

Ordes fártase dos vertidos pestilentes e pide solucións Pasa con máis frecuencia da que parece. E molesta, aínda que, por suposto, non é a propósito. Pero semella que agora a paciencia rema-

tou cos vertidos accidentais dos camións que transportan residuos e animais mortos polo centro de Ordes. Un dos casos sucedidos hai poucos

días, que deixou un regueiro fedorento de sangue e outros fluídos na Avenida de Alfonso Senra, levou ao Concello a anunciar medidas con-

OROSO

Contemplan rematar outra parcelaria en 2018

tra a empresa Gesuga e a reclamarlle solucións. O pleno, a instancias do BNG, xa aprobara desviar este tipo de tráfico pola ronda leste. Páx. 2

Tellas de ‘Galicia Calidade’

Páx. 8

ECONOMÍA

Ramón García SL, referencia mundial no contract Páx. 12

COMARCA

Máis distancias contra o lume, ata agora incumpridas Páx. 11

CERCEDA

Cerámica Verea recibe o selo que acredita a súa excelencia

Páx. 10

Asinado o acordo para a depuradora de Meirama Páx. 10

TRAZO

Aprobado o Plan Xeral, que permite 664 novas vivendas

Páx. 6

OROSO

Segundo campo de fútbol con herba artificial na Penela

Páx. 9

XENTE DE AQUÍ

Obradoiro rescata a figura de Manuel del Río Botana Páx. 2


2

Crónicas - Novembro 2017

ACTUALIDADE ORDES

ORDES O pleno acordou que desde abril o tráfico de residuos vaia pola ronda leste

A Rúa dos Lagartos xa conta con beirarrúas en todo o seu percorrido

Máxima indignación con Gesuga por continuos vertidos nas rúas de Ordes

A beirarrúa chega ata a AC-524

Rematou a obra que serviu para construír 775 metros de beirarrúas na Rúa dos Lagartos, en Ordes, nun tramo xa distanciado do núcleo urbano pero que tecnicamente segue sendo a mesma rúa ata chegar á estrada autonómica AC-524 que vai a Lanzá. O investimento foi de case 93.000 euros, financiados practicamente a medias polo Concello e pola Deputación da Coruña mediante un convenio de colaboración. As novas beirarrúas son de 1,80 metros de ancho. Incorporaron canalizacións para recollida de augas e para a iluminación pública. Foi preciso construír catro muros de contención.

TRAZO

A Deputación contrata o acondicionamento de máis de tres quilómetros da 5903 A Deputación da Coruña asinou a finais de outubro o contrato para acondicionar máis de tres quilómetros da estrada DP-5903 ao seu paso por Trazo, co que se validou o inicio das obras. O investimento é de 147.000 euros e beneficiará o treito entre os puntos quilométricos 11,7 e 15 do vial, desde Viaño Pequeno ata as proximidades de Agro do Mestre. Está previsto o fresado e reparación das zonas danadas do firme actual para despois aplicar unha mestura bituminosa en quente de cinco centímetros de espesor que mellore a adherencia dos vehículos e por tanto a seguridade no tráfico. O goberno provincial, encabezado por Valentín González Formoso, explica que nos últimos anos xa investira máis de medio millón de euros en actuacións de conservación e mellora de estradas provinciais ao seu paso por Trazo.

A paciencia acabouse. En Ordes medra a indignación contra o transporte de animais mortos á empresa Gesuga, por mor dos reiterados derrames de camións polas rúas do centro da vila. Un dos máis recentes sucedeu a mediados de novembro e deixou un rastro cheirento de sangue e outros líquidos ao longo da avenida de Alfonso Senra. Veciñanza e comercios protestaron de inmediato. O goberno local anunciou que tomaría medidas contra a empresa e manifestou publicamente a súa “disconformidade co xeito de proceder de Gesuga ante o descoidado e defectuoso servizo que realiza no transporte de restos de animais”. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, emprazou á dirección da empresa a ofrecer “unha solución inmediata e eficaz” e pedilles responsabilidades no mantemento da estanqueidade dos seus vehículos. O rexedor asegura que chegará ata onde llo permita a lei para que feitos así non se repitan, despois de dous

Restos dun vertido en Alfonso Senra

anos trasladando escritos de queixa por situacións semellantes. DESDE ABRIL, Á RONDA Antes destes feitos, o pleno municipal acordara, por iniciativa do BNG, que os camións que transportan residuos ás plantas de Gesuga e

ORDES Propoñen unha beirarrúa ata o Bar Ourense

O pleno reclámalle a Fomento maior seguridade na rotonda do polígono en Merelle Con bastante frecuencia, prodúcese algún percance de tráfico na rotonda situada na entrada do polígono industrial de Ordes, en Merelle. Algún xa tivo consecuencias tráxicas. Para tratar de evitalo, o pleno de Ordes aprobou por unanimidade unha proposta do grupo do BNG dirixida ao Ministerio de Fomento. A iniciativa demanda que o departamento ministerial aplique as medidas precisas para reducir a sinistraliedade na rotonda, na que conflúen a N-550, os accesos ao polígono industrial ordense e a estrada que vai a Cerceda por Viríss, atravesando a parroquia de Mercurín e outras localidades. Na súa proposta, os nacionalistas achacaron o problema “á elevada velocidade coa que os vehículos procedentes da N-550 toman a rotonda e incluso tamén a un mal deseño da mesma”. A in-

tervención corresponderíalle a Fomento, posto que é o titular da estrada. BEIRARRÚA OU SENDA Tamén para a N-550. o pleno aprobou por unanimidade unha proposta presentada polos concelleiros Roberto González e Ramón Vázquez, que formaron parte do grupo de UxO e agora teñen a condición de non adscritos. Demandaron que Fomento financie e constrúa unha senda peonil ou unha beirarrúa desde as inmediacións do edificio do antigo Centro Comarcal ata a altura do Bar Ourense. É unha zona na que se rexistran numerosos movementos a pé, con vivendas e negocios a carón da estrada, e que por tanto precisa maior seguridade. UxO suxeriu incluír un carril bici, proposta que foi aceptada.

Sogama en Cerceda teñan que desviarse pola ronda leste a partir do vindeiro mes de abril. O acordo foi unánime. Pretende evitar os cheiros e os vertidos, pero tamén os atrancos, os ruídos e as vibracións que ocasionan ese tipo de vehículos. Decidiuse agardar ata abril porque entón estean rematadas as obras de ampliación e mellora da estrada de Mercurín, de titularidade autonómica. Precisamente, é á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio á que o Concello insta a negociar coas empresas que reciben o tráfico. Os nacionalistas aceptaron dúas emendas á súa moción presentadas polo alcalde. Unha trata sobre a elaboración dun estudo sobre a variante da ronda oeste, que desde a N-550 sairía á estrada de Carballo nas inmediacións algo despois do tanatorio municipal. E outra sobre a execución dunha rotonda por parte de Fomento no punto quilométrico 37 da N-550, na saída de Ordes en dirección a Santiago.

OROSO

A corporación aproba por unanimidade subir as taxas de saneamento, auga e axuda no fogar O pleno de Oroso aprobou por unanimidade a suba das taxas polo abastecemento de auga potable, o saneamento de auga e o servizo de axuda no fogar. Entrarán en vigor o 1 de xaneiro de 2018. As tarifas de abastecemento de auga para usuarios domésticos situáranse así en 0,379362647 euros/m3 (ata 10 m3 de consumo ao mes) e 0,478148095 euros/m3 (máis de 10 m3 de consumo ao mes). Os usuarios industriais pagarán 0,379362647 euros/m3 (ata 10 m3/mes) e 0,557839436 euros/m3 (máis de 10 m3/mes). Na taxa de saneamento, a limpeza de fosas sépticas será de 39,78 euros por cada intervención. Os usuarios do servizo de saneamento pagarán 9,94 euros ao trimestre. Se están conectados ao servizo de auga, o saneamento para usuarios domésticos custa 0,331229599 euros/m3 (ata 10 m3/mes) e 0,417418244 euros/m3 se se excede tal tope de consumo. Para industriais, 0,331229599 e 0,487695165 euros/m3.


Crónicas - Novembro 2017

3

máis información en www.ceramicaverea.com

Para facer fronte a choivas torrenciais e ventos de ata 180 km/h, coloca Verea System Coa chegada do inverno, Galicia vese afectada por temporais e cicloxéneses explosivas que provocan fortes ventos, abundantes choivas e numerosos desperfectos. Dende o ano 2009 obsérvase ademáis un aumento destas borrascas explosivas na nosa comunidade, que a miúdo causan danos en vivendas e edificios. Os desprendementos nos tellados son un dos danos máis frecuentes provocados por este tipo de fenómenos atmosféricos. Estos danos poden producirse por diferentes causas: deficiencia dos materiais utilizados, pérdida de adherencia entre tella e morteiro, deficiencia da execución ou ausencia de mantemento ou reparación.

Verea System, un sistema de colocación propio que ofrece a maior resistencia Verea desenvolveu un sistema de colocación propio denominado Verea System, o único sistema de instalación de tellados homologado en España e desenvolvido por Verea según os Documentos de Idoneidade Técnica. O Verea System superou con éxito os ensaios de resistencia á succión por efecto do vento e estanqueidade á auga coa acción do vento superando os valores límite previstos no Código Técnico da Edificación. Está deseñado para protexer as cubertas nas condicións máis extremas, superando efectos de choivas torrenciais de 360 l/m2 e ventos de ata 180 km/h. Este sistema pode ser instalado sobre calquera tipo de estructura da cuberta inclinada continua ou discontinua e complétase cunha capa de aillamento térmico.

Tellado instalado co Verea System / Tellado instalado con mortero despois dun temporal

Consellos a ter en conta á hora de deseñar o noso tellado 1

Inclinación do tellado

2

Elección dos materiais

3

Instalación

4

Ventilación da cuberta

A pendente mínima recomendada en climas chuviosos é dun 32% en cerámica e dun 60% en pizarra. O Verea System permite a correcta evacuación de auga con pendentes incluso inferiores (dende un 26%). Verea recomenda a fixación con espuma de poliuretano e ganchos, evitando así a utilización de cementos que poidan provocar futuros desconchamentos ou deslizamentos das tellas.

Verea recomenda a tella cerámica como elemento de cobertura natural. As tellas Verea contando coa maior resistencia á xeada do mercado espalol e unha garantía de durabilidade de 50 anos.

Deixar que a tella respire axudará á conservación do tellado, porque facilita o secado da tella e reduce a aparición de mofo e fungos. Verea dispón de peines de alero, que garanten unha correcta ventilación.

Verea, máis de 50 anos de experiencia

-2

17

anive

1967

años

1967

io

rs

io

ar

anive

50

17

0

0

ar

rs

Na actualidade, exporta cerca do 50% da súa produción a máis de 25 países de catro continentes e é a única empresa do seu sector que ofrece unha garantía de 50 anos para todas as súas tellas.

-2

Verea ten capacidade para fabricar 50 millóns de tellas anualmente e conta con unha plantilla de 45 traballadores.

CERÁMICA VEREA, S.A. Lanzá s/n, 15685 Mesía A Coruña, España Telf: 981 687 053 / Fax: 981 687 071 Email: ventas@ceramicaverea.com www.ceramicaverea.com


4

Crónicas - Novembro 2017

ACTUALIDADE ORDES

ORDES O Concello agarda rematar as obras antes do vindeiro mes de xaneiro

Renovan parte das canalizacións de auga na Rúa Nova con máis de 125.000 euros

Reparan a pista de Porpalla en Vilamaior

Renovación da beirarrúa noutro tramo

A renovación das canalizacións de auga e saneamento na Rúa Nova de Ordes, no tramo entre a Rúa dos Lagartos e a Rúa de Rosalía, recibirá un investimento superior aos 125.000 euros por parte do Concello. As obras comezan días despois de que se producise unha nova avaría da vella rede, deixando a zona sen servizo. Esta situación repítese con frecuencia nos últimos anos, ocasionando numerosas molestias á veciñanza. Os traballos, que se financian con remanente municipal de 2016, van permitir canalizar 567 metros de tubaxes de polietileno, preparados para soportar unha presión de 10 atmosferas. Ademais, canalizaranse conduccións para a rede eléctrica que servirá ao alumeado público da rúa. Para rematar, renovaranse 600 metros de beirarrúas nas dúas marxes. Levarán bordo de granito e lousas de formigón. A renovación da beirarrúa xa se está acometendo desde hai unhas semanas no outro tramo da rúa, o situado entre a Rúa de Rosalía de Castro e a Rúa de Galicia. Neste caso, é un proxecto custeado nun programa autonómico. Ante o anuncio das obras, o BNG reclamou que se aproveite para retranquear o peche dunha parcela situada preto da Rúa dos Lagartos. O muro invade case un metro da zona de beirarrúa e non responde á aliñación. Os nacionalistas emprazaron ao alcalde a “tomar o camiño dos sabios e rectificar ante a súa negativa a arranxar esta situación irracional” negociando coa propiedade do solar para evitar expropiar. O goberno municipal matizou que si realizou unha proposta neste sentido, que se acometería “dentro da legalidade”. O executivo sinala que facer efectiva a correcta aliñación da rúa é algo “necesario”, se ben lembra que se trata dunha obra privada “consolidade desde hai varias décadas”, antes incluso das normas urbanísticas actuais.

Xa comezaron as obras para reparar a pista que vai desde o cruce do Casal ata a AC-524 (Ordes-Lanzá) á altura do Peñasco, pasando por Porpalla, na parroquia de Vilamaior (Ordes). O investimento municipal é duns 170.000 euros, procedentes do remanente municipal de 2016. O vial, duns dous quilómetros de longo, vai recibir unha anchura homoxénea en todo o seu trazado. Tamén serán reparados os buratos e as numerosas irregularidades que presentaba o firme. De seguido, recibirá unha capa de aglomerado de cinco centímetros de espesor. As gabias serán acondicionadas e contará con elementos de drenaxe. Outro traballo previsto é o pintado e sinalización, xunto co traslado dalgúns postes e outros elementos eléc-

Un ancho homoxéneo, asfaltado e sinalización son algunhas das tarefas a acometer

tricos. As previsións do Concello son que se remate antes de xaneiro. A pista presentaba unha gran deterio-

ración por ser usada como paso alternativo durante a construción da ponte entre Melante e A Armada.

MESÍA Duplicarán a súa anchura cun investimento de case 146.000 euros

O Consello da Xunta ratifica o convenio para a ponte entre Mesía e Boimorto Novo paso político para mellorar a ponte que comunica os municipios de Mesía e de Boimorto en Boado. O Consello da Xunta ratificou o convenio entre os dous Concellos e a Consellería de Medio Rural, no que se contempla un investimento de case 146.000 euros. A intervención foi solicitada hai xa tempo polo alcalde de Mesía, Mariano Iglesias, e a alcaldesa de Boimorto, María Novo. Coa autorización do goberno autonómico, prevese que as obras poidan comezar antes do remate do ano.

Os traballos consistirán en alongar a ponte e ampliala de catro ata oito metros de anchura. Deste xeito, facilitará o paso simultáneo dos vehículos, que presenta incluso risco para a seguridade pola estreitura do paso. Actualmente a ponte está conformada por un taboleiro de formigón prefabricado. A súa luz, a distancia entre os estribos, é duns dezaseis metros. A altura sobre o río acada os cinco metros. Coa obra proxectada, será ampliada a lonxitude cun novo taboleiro composto por dúas trabes prefabrica-

das sobre as que se colocará a lousa, de trinta centímetros de espesor e construída con formigón armado. Antes de abrir ao tráfico o novo paso, reporán o pavimento con balastro, grava e tratamentos asfálticos. As obras foron incluídas no Plan de Infraestruturas Rurais da Consellería, que de forma discrecional leva repartido 4,5 millóns de euros mediante 78 convenios similares a este asinados entre a Administración autonómica e entidades locais. En xeral, o plan inviste en camiños, pontos e pontes.

ORDES Iniciativa da concelleira Beatriz Martínez para soterrar a liña ou apartala

Emprazan a retirar os postes eléctricos da senda peonil do Paraíso á Pinguela Apartar os postes máis atrás ou soterrar a liña. Son as dúas opcións para despexar o paso na senda peonil entre o Paraíso e a Ponte da Pinguela, en Ordes, ao longo da estrada provincial que vai á Pontecarreira. O pleno do Concello aprobou unha moción de Beatriz Martínez, concelleira non adscrita que concorrera ás eleccións de 2015 polo PP, para mellorar así as posibilidade de utilización da senda por parte de persoas con

mobilidade reducida, carros de bebés ou cadeiras de rodas. Martínez explicou que a veciñanza da zona leva tempo reclamando a retirada dos postes, sen que o Concello tomase ningunha medida. Na súa etapa no goberno, a concelleira asegura que elaborou unha memoria da situación, que en cambio o executivo que despois abandonou non lle trasladou a Unión Fenosa. Por iso, ademais dos permisos e

autorizacións para o retranqueo, a proposta de Beatriz Martínez insta ao goberno local a facerlle chegar a documentación precisa á compañía eléctrica. A proposta orixinal foi emendada polo BNG e polo non adscrito Roberto González para que se contemple o soterramento da liña eléctrica e para que a Deputación asuma a financiación da súa parte, ao tratarse dunha estrada provincial.


Crรณnicas - Novembro 2017

5

PUBLICIDADE


6

Crónicas - Novembro 2017

ACTUALIDADE TRAZO A Xunta outorga aprobación definitiva tras unha sinuosa tramitación

O Plan Xeral abre a porta a construír 664 novas vivendas en vinte anos

Concello e Xunta escenificaron a sinatura do plan no salón de plenos municipal

Despois de anos de tramitación, con pausas, petición de rectificacións por parte da Xunta e críticas sen resposta, o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Trazo xa conta con aprobación definitiva. Aínda que bastaría con publicalo nos diarios oficiais correspondentes, a conselleira de Ordenación do Terri-

torio, Beatriz Mato, e a corporación local preferiron poñerlle foto e escenificaron unha sinatura formal no salón de plenos do Concello. O novo documento urbanístico permite deixar atrás o que a propia Xunta se atreve a chamarlle “ordenación”, pese a que se aprobou en 2000 e seguía a “obsoleta” Lei do

Solo de 1997, recoñece a consellería. O PXOM contempla a construción de 664 novas vivendas nos vindeiros vinte anos, que se sumarían ás máis de 1.400 existentes na actualidade. A Administración autonómica considera “realista” esta previsión, asentada na consolidación urbana de Viaño Pequeno e na delimitación legal dos núcleos rurais, potenciando os máis próximos ao veciño Santiago. No plan resérvase solo urbanizable industrial para un pequeno polígono ao que se poderían trasladar as pequenas e medianas empresas de ámbito local. A protección dos recursos naturais, mediante a delimitación de áreas de especial protección fronte a procesos de urbanización e edificación, é outra das claves do PXOM de Trazo que destaca a Xunta. Para a redacción do plan, o goberno autonómico colaborou co Concello gastando uns 90.000 euros, Mato salientou a necesidade de ter unha ordenación integral que dea seguridade xurídica no urbanismo.

O BNG non asiste por ser un plan elaborado “da peor maneira” O BNG de Trazo rexeitou acudir á sinatura da aprobación definitiva do PXOM por ser un documento elaborado “da peor maneira posible, sen diálogo coa oposición nin coa veciñanza”. Martín Rei, portavoz nacionalista en Trazo, explica como desde que entrou na corporación o Bloque propuxo crear un grupo de traballo para traballar en conxunto no plan, iniciativa que o PP sempre “vetou”. Para Rei, a empresa redactora do planeamento tería que ter ido “parroquia por parroquia consultando a veciñanza” e en cambio “non pisou Trazo e fixo un PXOM copiado do doutros Concellos”. O Bloque considera que o PP de José Dafonte só viu a elaboración do plan “como un estorbo que había que sacar do medio” en vez de convertelo nunha oportunidade de futuro real para o municipio. O PSOE de Trazo si acudiu á sinatura. Aínda sendo crítico coa xestión do PP, recoñece a importancia do plan aprobado.

ORDES Volta atrás no acordo do pasado mes de maio, que tiña varios informes xurídicos en contra

Anulan a libre concorrencia en contratos pequenos Un acto de transparencia e igualdade de oportunidades ou un intento de paralizar a administración? Fose como fose, a apertura de pequenos contratos á libre concorrencia no Concello de Ordes durou poco máis de catro meses. O pleno de outubro decidiu anular a medida, que en maio pasado impulsara UxO. Entón, coa ruptura do goberno máis recente e a posibilidade dunha moción de censura no ambiente, a formación do exalcalde Manuel Regos lograba apoios suficientes para que o Concello tivese que aplicar a tramitación administrativa a contratos de obras de máis de 3.000 euros e a contratos de servizos e subministracións de máis de 1.000 euros. Esta medida facilitaba que calquera empresa puidese presentar propostas a un maior número de licitacións municipais. Pero á vez tamén obrigaba ao Concello a estar inmerso en máis burocracia practicamente para contratar calquera pequena obra ou facerse con calquera ben ou servizo preciso para o seu funcionamento diario. No seu momento, os independentes defenderon que se facilitaba

a igualdade de oportunidades para obter contratacións municipais evitando que o goberno abusase das contratacións menores de xeito discrecional. O alcalde rebatiu que a intención era “bloquear e paralizar o Concello”, co goberno en minoría. O conflicto chegou a instancias xurídicas. Os informes de Secretaría e Intervención do Concello eran desfavorables á medida impulsada por UxO, como tamén o foi un informe da Deputación da Coruña. O PP interpuxo tamén un contencioso administrativo en outubro pasado, que perde sentido ao terse anulado o acordo. Cun taboleiro de xogo político bastante cambiado con respecto a maio, agora as votacións foron bastante diferentes e permitiron revocar o acordo de maio. Só o BNG e o PP mantiveron a súa orientación de voto, absténdose os nacionalistas e votando contra a proposta o PP. Tamén UxO se abstivo, cando en maio loxicamente votara a favor da súa proposta. E nesta ocasión, o PSOE e os catro concelleiros non adscritos, dous procedentes do PP e outros dous de UxO, apoiaron a liña do goberno.

Novos concelleiros de UxO

Manuel Iglesias (esq.) e Leoncio Gómez (dta.) tomaron posesión como edís

As consecuencias da ruptura interna de UxO xa son plenamente visibles na corporación municipal, coa toma de posesión de Manuel Iglesias e Leoncio Gómez como concelleiros. Os dous novos edís ocupan os asentos que deixaron libres Silvia Marín e Lucía Iglesias, que presen-

taron a súa dimisión e abandonaron o partido de Manuel Regos disconformes coa liña política. Outros dous concelleiros abandonaron o partido, pero non a corporación. Trátase de Roberto González e Ramón Vázquez, agora non adscritos. José Luís Gómez mantén fidelidade absoluta a Regos.


Crรณnicas - Novembro 2017

7

PUBLICIDADE


Crónicas - Novembro 2017

8

ACTUALIDADE TORDOIA

OROSO O PP asegura que a Xunta inviste sete millóns no remate de concentracións

Aproban investimentos nun pleno que constata a crise interna do PSOE

A parcelaria dos Ánxeles, Calvente, Pasarelos e Marzoa rematará en 2018

Ampliarán o saneamento en Tañe

O pleno de Tordoia aprobou incluír nun plan da Deputación un investimento de case 90.000 euros para continuar a rede de saneamento en Tañe un quilómetro máis, chegando a unhas quince vivendas. Dálle así continuidade a outra obra na que a Xunta achegou uns 20.000 euros. O plan provincial recolle outros investimentos como equipos informáticos para o Concello (40.000 euros) ou a mellora do camiño entre Malvares e Portociños (31.000 euros). Na mesma sesión, constatouse a crise interna do PSOE de Tordoia, que perde o concelleiro Tomás Castro, agora con condición de non adscrito. Castro alegou “motivos persoais”.

ORDES

Detido un veciño de Ordes con orde de detención nun control en Arteixo Un veciño de Ordes (F.B.M., de 45 anos) foi detido nun control de tráfico en Arteixo a principios de novembro. Inicialmente, os axentes déronlle o alto porque non levaba posto o cinto de seguridade. Despois comprobaron que tiña unha orde de busca, detención e personación nun xulgado de Lugo, por razóns que non trascenderon. Por iso, procederon a detelo e poñelo á disposición dun xulgado da Coruña. A maiores, durante as xestións efectuadas pola Garda Civil descubriron que o home circulaba cun permiso de conducir que xa non estaba en vigor. Por isto tamén lle abriron dilixencias. A condución dun vehículo sen o permiso en vigor pode penarse con entre tres e seis meses de cárcere, unha multa ou ata tres meses de traballos en beneficio da comunidade.

Acto do Partido Popular de Oroso en Senra sobre concentracións parcelarias

A concentración parcelaria nas parroquias dos Ánxeles, Calvente, Marzoa e Pasarelos, no municipio de Oroso, rematará previsiblemente en 2018. Anunciouno o director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez Dubois, nun acto do PP de Oroso con veciños. Dubois explicou que o

vindeiro ano teñen previsto concluír a apertura das pistas secundarias e entregar os títulos de propiedade nesas zonas. Probablemente antes que ese proceso, tamén chegará á súa fin o que afecta ás parroquias de Senra, Cardama e Vilarromariz. Neste caso,

a apertura de pistas e a mellora das xa existentes está na súa fase final e a entrega dos títulos de propiedade podería ter lugar xa na primeira metade do ano. No encontro con veciños e veciñas, celebrado no local social de Senra, o portavoz do PP de Oroso, Alexánder Doval, calificou de “esforzo orzamentario” por parte da Xunta os case sete millóns de euros que, segundo os seus datos, se destinaron desde a Xunta a rematar as concentracións parcelarias iniciadas no concello. Neste acto de partido, o cargo institucional autonómico aproveitou para facerlle ver aos veciños e veciñas “a necesidade de cooperar entre os novos e os vellos propietarios para evitar conflictos” na toma de posesión dos novos predios, en palabras de Pérez Dubois. Doval, pola súa parte, reiterou a “predisposición do seu partido para axudar a liquidar calquera tipo de dúbida que poidan ter os veciños durante o proceso”, asegura o PP.

OROSO Comportamento temerario dunha veciña da Coruña que non tiña carné

Atropela un home en Sigüeiro, marcha, localízana e dá positivo en cocaína É a secuencia dos feitos, na tarde do 20 de outubro, que fixo que a Garda Civil de Tráfico montase un dispositivo para identificar e localizar o vehículo causante do atropelo. Un par de horas despois, a muller, veciña da Coruña de 49 anos, foi atopada na cidade herculina.

Paso de peóns no km 49 da N-550, en Sigüeiro, onde sucedeu o atropelo

Un coche, como tantos outros, detense nun dos pasos de peóns da N-550 en Sigüeiro para que a xente cruce. O vehículo que viña por detrás, tamén en sentido á Coruña, non se dá conta da parada nin do seu motivo e, para evitar bater co que vai diante, adiántalle pola esquerda en pleno paso de peóns. Un home de

33 anos que cruzaba nese momento, veciño de Val do Dubra, resulta atropelado. A condutora cun comportamento tan imprudente baixa do coche para ver como estaba o ferido. Pero de contado volve subir ao seu coche e marcha do lugar do accidente. O ferido foi trasladado ao hospital a Santiago.

SEN CARNÉ E DROGADA A identificación de Tráfico permitiu saber que a muller carecía de pemiso de concudir porque nunca o obtivera. Nas probas que se lle practicaron, deu negativo en alcohol, pero positivo no consumo de cocaína e opiáceos, segundo informou a Garda Civil. O atestado foi remitido a un xulgado de Santiago para que ditamine sobre o acontecido. A Garda Civil de Tráfico insistiu, a raíz destes feitos, en que o consumo de drogas non é compatible coa condución de vehículos. A mostra está na elevada porcentaxe de condutores que sofren accidentes de tráfico baixo a influencia das drogas.


Crónicas - Novembro 2017

9

ACTUALIDADE

OROSO A Deputación e o Concello investirán 0,5 millóns en dotalo de herba artificial e reformar as instalacións

Renovación integral do campo de fútbol da Penela O campo de fútbol da Penela, en Oroso, será renovado mediante un investimento conxunto da Deputación da Coruña e do Concello. O proxecto supera os 502.000 euros de orzamento. A Deputación custeará dúas terceiras partes e o Concello o terzo restante. A iniciativa será aprobada polo pleno provincial deste mes de novembro. O campo, situado na parroquia de Oroso, recibirá herba artificial en

toda a superficie de xogo, polo que se poderá utilizar con maior frecuencia e precisará un custo de mantemento menor. Antes de instalarlle céspede sintético, acondicionarán o terreo cunha base de aglomerado e colocarán unha rede de drenaxe e un sistema de rego automático. Será o segundo campo artificial do municipio, tras o de Sigüeiro. O proxecto contempla tamén colocar vinte proxectores LED para ilu-

minación eficiente, así como porterías, bancadas e outro equipamento deportivo. Tamén se intervirá na edificación de vestiarios, almacén, aseos e cafetaría, moi afectada polas filtracións. A cuberta actual será retirada para situar unha nova de lousa cunha estrutura de formigón e aceiro. Os muros exteriores serán impermeabilizados e habilitarase un novo sistema de drenaxe. O interior será redistribuído para

aproveitar mellor o espazo e garantir a accesibilidade. Colocarán portas e ventás novas de PVC e construirán unha rampla de acceso de tres metros de longo. Cando a obra estea rematada, a edificación contará con vestiarios para o equipo local e visitante, con espazos accesibles, un vestiario para árbitros, unha zona de cafetería con aseos e dous almacéns. Unha caldeira de biomasa subministrará auga quente.

漀渀攀ⴀ搀愀礀 㜀 䌀䄀䴀倀搀攀挀攀洀戀爀漀

堀漀爀渀愀搀愀 氀切搀椀挀漀ⴀ攀搀甀挀愀琀椀瘀愀  瀀愀爀愀 挀漀渀挀椀氀椀愀爀 愀 瘀椀搀愀  氀愀戀漀爀愀氀 攀 昀愀洀椀氀椀愀爀  愀挀琀椀瘀椀搀愀搀攀猀  ⠀瀀愀爀愀 渀攀渀䀀猀  攀猀挀漀氀愀爀椀稀愀搀漀猀  搀攀 ㌀ 愀㄀㈀ 愀渀漀猀⤀

㤀㨀 ⴀ㄀㐀㨀  栀㨀 㐀갠   挀漀渀琀漀 㔀 ─ 搀攀猀椀氀椀愀  昀愀洀 猀愀 渀甀洀攀爀漀 搀攀  愀 椀搀 椀氀 ⠀瀀漀猀椀戀      搀漀甀琀爀漀猀 ⤀ 栀漀爀愀爀椀漀猀

搀攀 洀切猀椀挀愀 攀  洀漀瘀攀洀攀渀琀漀 洀愀渀甀愀氀椀搀 愀搀攀猀 砀漀最漀猀 椀渀最氀猀

䴀섀䤀匀 䤀一䘀伀刀䴀䄀䌀䤀팀一 䔀 䤀一匀䌀刀䤀䌀䤀팀一匀㨀 䐀攀瀀愀爀琀愀洀攀渀琀漀 搀攀 䔀搀甀挀愀挀椀渀⸀  刀⼀䄀氀昀漀渀猀漀 匀攀渀爀愀Ⰰ ㄀ 㠀Ⰰ ㄀먀 愀渀搀愀爀⸀ 琀氀昀㨀 㤀㠀㄀ 㘀㠀   ㈀

刀⼀刀攀挀漀渀挀椀氀椀愀挀椀渀Ⰰ ㄀ ⸀ 琀氀昀㨀 㤀㠀㄀ 㘀㤀㜀 㠀㐀㐀  洀瘀氀㨀 㘀 㐀  ㈀ 㘀㄀㘀 洀愀椀氀㨀 漀爀搀攀猀䀀攀猀挀甀攀氀愀挀漀渀琀愀氀攀渀琀漀⸀攀猀


10

Crónicas - Novembro 2017

ACTUALIDADE ORDES

CERCEDA As obras, valoradas en 270.000 euros, non se contratarán ata 2018

O PSOE insiste en pedir obras en servizos hidráulicos e máis dotacións para o PAC

Asinado o acordo para construír unha depuradora nova en Meirama

Presentación das emendas do PSOE de Ordes ao orzamento autonómico

Os socialistas de Ordes demandan que a Xunta inclúa nos seus Orzamentos de 2018 diversas obras hidráulicas no municipio e mellores dotacións para o centro de saúde. Non son propostas novas, o que pode evidenciar unha falta de orixinalidade, pero sobre todo pon de manifesto que o goberno autonómico non as atendeu ata agora. As emendas promovidas polo PSOE local ás contas da Xunta para o ano que vén suman 1,43 millóns de euros. Unha delas é a reparación dos depósitos para o abastecemento de auga potable, que reclaman xa desde hai máis de cinco anos polo “estado precario” no que se atopan. Cren que a obra custaría 800.000 euros. Tamén piden 500.000 euros para ampliar e mellorar a potabilizadora, de acordo cunha petición plenaria unánime de fai dous anos. Asegura o PSOE que a planta actual “é moi antiga e ten problemas de filtrado”. En canto ao centro médico, as reclamacións orzamentarias céntranse en solicitar a incorporación da radioloxía dixital, pedida hai tres anos, e en construír un heliporto nas súas inmediacións. Cren que esta infraestrutura custaría uns 25.000 euros. Por outra parte, o PSOE propón incluír 10.000 euros nos Orzamentos autonómicos para 2018 destinados á xestión e ao mantemento do Museo do Traxe Juan José Liñares. As emendas foron presentadas pola parlamentaria autonómica Begoña Rodríguez Rumbo, nun acto no que estivo acompañada polo concelleiro do PSOE en Ordes, Alejandro Manteiga, e polo secretario xeral da agrupación local do partido, Jesús Pedreira. Rodríguez Rumbo desmentiu que esta lexislatura sexa a do rural, como presume Núñez Feijóo, cando a Xunta “deixa sen atender” demandas básicas dos Concellos ano tras ano.

O acordo xa está asinado, pero as obras terán que agardar ata o ano que vén. O alcalde de Cerceda, José García Liñares, e a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, suscribiron un convenio para construír a nova estación depuradora de augas residuais en Meirama. Os traballos están valorados nuns 270.000 euros e serán financiados con fondos europeos. Polo de agora, Augas de Galicia está ultimando os trámites para rematar a elaboración do proxecto e o Concello recopila a documentación precisa para que as obras se poidan licitar en 2018. Ningunha das administracións concretou un prazo. Ademais da depuradora, as obras recollen unha nova infraestrutura hidráulica que dará servizo a unhas corenta vivendas situadas na Gándara. Máis adiante, tamén se poderán conectar os núcleos da Picota e da Pedamúa, de maneira que a intervención servirá para que unhas cen vivendas conten cunha nova rede de recollida e posterior tratamento das

O alcalde de Cerceda asina a colaboración coa Consellería de Medio Ambiente

súas augas residuais. A depuradora será de tipo compacto e automatizado e terá a capacidade necesaria para tratar as augas residuais dos tres núcleos, posto que a súa capacidade será de ata 62 metros cúbicos diarios, segundo a Xunta.

O proxecto, segundo Medio Ambiente, pretende solucionar os problemas ocasionados por un sistema incompleto de tratamento de augas residuais, evitando prexuízos á calidade de vida das persoas residentes na zona e ás condicións ambientais dos sistemas fluviais da zona.

OROSO Nun acordo de colaboración entre o Concello e a Obra Social de ‘la Caixa’

Destinan 6.000 euros á prevención da exclusión social da mocidade

O alcalde e a directora de ‘la Caixa’ en Sigüeiro, na sinatura do convenio

Un programa procurará a prevención da exclusión social da mocidade con actividades no IES de Sigüeiro (Oroso). A iniciativa, denominada Aleida-Oroso, é froito dun convenio de colaboración entre o Concello e a Obra Social ‘la Caixa’, asinado recentemente polo alcalde, Manuel Mirás,

e pola directora da oficina da entidade bancaria en Sigüeiro, Ana Patricia Rodríguez Botana. A achega é de 6.000 euros. O obxectivo é que as actividades, tanto no ámbito académico como fóra do centro educativo, cheguen aos máis de douscentos alumnos e

alumnas do instituto. O programa desenvólvese a través do Instituto Galego da Xestión do Terceiro Sector (IGAXES3) e utiliza a experiencia desta entidade no traballo coa xuventude en institutos de educación secundaria de diversos municipios da contorna. Neses proxectos previos constataron as dificultades para a inserción social e laboral da poboación xuvenil vítima de fracaso escolar e con riscos de exclusión social. De aí que o propósito principal do programa sexa evitar o fracaso escolar e eliminar a conflictividade persoal e social. Na sinatura do acordo, o alcalde agradeceulle á Obra Social ‘la Caixa’ “a súa colaboración na posta en marcha un ano máis do programa AleidaOroso que ten o propósito de previr situacións de risco ou exclusión social que inciden no fracaso escolar dos nosos mozos e mozas, polo que as súas actuacións se axustan ás necesidades e características de cada alumno ou alumna”, dixo Manuel Mirás.


Crónicas - Novembro 2017

11

ACTUALIDADE

COMARCA En lugares e instalacións de risco especial, con especies pirófitas e arredor das vivendas illadas

Amplían as distancias forestais, ata agora incumpridas As distancias de seguridade en plantacións forestais para evitar a propagación de incendios van ser ampliadas. A Xunta vaino facer pola vía rápida, na Lei de Acompañamento dos Orzamentos de 2018, tamén coñecida como lei escoba pola diversidade de cambios normativos que chega a incluír. Ao propio executivo parécelle “o medio máis áxil para tramitar estas modificacións”. Variarán sobre todo as distancias nos lugares de maior risco, como zonas con pouca altitude ou pendente superior ao 10%, a cara norte, zonas onde o vento con compoñente do nordés sopra con maior risco cara as áreas habitadas, e en gasolineiras, cámpings e instalacións industriais nas que exista material inflamable. En todos estes casos, a distancia a árbores pirófitas pasará de 30 a 50 metros. Do mesmo xeito, prevé prohibir

a plantación de acacias a menos de 50 metros de edificios e os eucaliptos e piñeiros terán que gardar unha distancia mínima de 10 metros entre cada exemplar, tamén neses espazos sensibles. As vivendas illadas terán que ter xestionada obrigatoriamente a biomasa en 50 metros ao seu arredor. INCUMPRIMENTO XERAL O anuncio destes cambios prodúcese despois da devastadora vaga de lumes que queimou unhas 50.000 hectáreas en toda Galicia a mediados de outubro, cinco veces a extensión de Trazo. Non obstante, o executivo de Núñez Feijóo rexeita que a súa política forestal facilite a propagación dos incendios e limítase a culpar ao “terrorismo incendiario”, sen que ata agora se detivesen máis que dúas persoas que, por imprudencia,

Visita do delegado provincial da Xunta á zona queimada en Xavestre e Benza (Trazo)

son responsables de queimar un par de hectáreas. De todas as maneiras, as plantacións forestais levan lustros con distancias de seguridade fixadas por

lei. Basta un percorrido por calquera punto da nosa comarca para aprezar o seu incumprimento xeralizado. Salvo casos moi puntuais, ningunha Administración actúa de oficio.


Crónicas - Novembro 2017

12

ECONOMÍA E TRABALLO COMARCA A firma de Mesía, con instalacións tamén en Ordes e México, factura uns 50 millóns de euros ao ano

O Grupo Ramón García SL aséntase como gran referente do sector do interiorismo corporativo Hai quen lle chama contract por esa absurda moda de que as palabras en inglés soan mellor, practicada a miúdo por quen nin sequera sabe inglés. Pero vén sendo interiorismo deseñado de acordo coas indicacións do cliente, a medida. É unha das actividades destacadas do Grupo Ramón García SL, con clientes como Inditex, para a que efectúa a fabricación e montaxe integral de tendas en países de todo o mundo, ou cadeas hoteleiras. A firma de Mesía, con instalacións tamén en Ordes e México, está asentada xa como un dos grandes referentes do sector. Así quedou patente nunha recente visita do presidente da Xunta ao centro loxístico que a firma ten no polígono ordense de Merelle. Alberto Núñez Feijóo non trouxo nesa xornada ningún anuncio relevante para a comarca, pero si numerosos eloxios para a firma, que ten o seu remoto xermolo en 1975 por iniciativa do veterano carpinteiro Ramón García, casado con María Gómez. Hoxe son os seus fillos, Manuel e Sabino, os que levan as rendas dun grupo que factura máis de 50 millóns de euros anuais e dá traballo a máis de 470 persoas, con divisións de carpintaría de obra, cociñas, deseño personalizado, Hi-MACS ou traballo en pedra acrílica, e o propio contract ou deseño e arquitectura a medida. Feijóo puxo a compañía como exemplo de internacionalización no sector do contract, no que traballan un centenar de empresas en toda Galicia. “Trátase dunha das industrias máis competitivas e con máis futuro, onde se acredita a complexidade loxística e se combina o eido técnico co creativo”, afirmou o presidente en relación ao conxunto do sector. O titular autonómico ofreceuse a

Intervención do presidente da Xunta na factoría e centro loxístico do Grupo Ramón García SL no polígono de Merelle (Ordes)

apoiar a internacionalización das empresas e explicou a nova figura de Concellos Emprendedores, que terán prioridade en convocatorias da Xunta destinadas a emprego, industria, comercio e emprendemento sempre que traballen por captar investimentos. Na visita do presidente da Xunta, ademais dos responsables da empresa, estiveron presentes o delegado provincial da Xunta, Ovidio Rodeiro, e o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, entre outros. Percorrido polas instalacións do grupo empresarial en Ordes. O número de empregados e empregadas nesta nave, na fábrica orixinal en Mesía e na factoría en México supera en total as 470 persoas. O xermolo da empresa foi unha pequena carpintería montada en 1975 por Ramón García despois de retornar dunha etapa como emigrante en Francia.


Crónicas - Novembro 2017

13

ECONOMÍA E TRABALLO MESÍA Visita do conselleiro de Economía á fábrica

Cerámica Verea entra no selo Galicia Calidade A empresa Cerámica Verea, situada en Lanzá (Mesía) entra a formar parte do selo ‘Galicia Calidade’. Os seus responsables recibiron o distintivo de mans do xerente desta marca, Alfonso Cabaleiro, durante a visita á fábrica do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde. No seu percorrido polas instalacións, con motivo do quincuaxésimo aniversario da compañía, Conde puxo a Verea como exemplo de “empresa que innova, que exporta e que emprende a partes iguais”. Para o conselleiro, “sería un logro que isto se reproducise en todo o tecido empresarial galego”. Cerámica Verea é xa a cuarta empresa española do seu sector en facturación. A súa capacidade de produción actual é de cincuenta millóns de tellas cada ano. A compañía emprega a 45 persoas e exporta a 25 países de catro continentes. Os mercados exteriores supoñen practicamente a metade da súa produción. A innovación e a mellora dos procesos

de produción, na procura de produtos diferenciados e de calidade cos que competir no mercado internacional, foron claves no desenvolvemento de Cerámica Verea. NOVO PROGRAMA O conselleiro aproveitou a visita a Mesía para anunciar un novo programa de internacionalización dixital, no que a Xunta gastará un millóns de euros para que pequenas e medianas empresas galegas comecen a utilizar plataformas de comercio electrónico como maneira de iniciar a súa estratexia de exportación. Conde sinalou que o incremento do 8,4% das exportacións galegas no que vai de ano se debe en gran medida ao “esforzo que están facendo compañías como Cerámica Verea e a industria galega no seu conxunto para ser máis competitiva no exterior”. A Administración autonómica quere “consolidar e mesmo redoblar” os récords de exportacións que se levan acadado nos últimos catro anos de xeito consecutivo.

Entrega da acreditación de Galicia Calidade á empresa Cerámica Verea

Percorrido do conselleiro de Economía, Emprego e Industria pola factoría de Verea

Portas abertas ao público no 50º aniversario Con motivo do seu quincuaxésimo aniversario, Verea celebrou unha festa con clientes e unha xornada de portas abertas para a veciñanza da contorna. Na festa participaron uns 300 clientes de Estados Unidos, República Dominicana e diversos lugares de España. Tiveron ocasión de degustar produtos co selo ‘Galicia Calidade’, algúns servidos precisamente sobre tellas de xeito elegante e creativo. Á xornada de portas abertas acudiron unhas 200 persoas de Mesía, Boimorto, Curtis, Frades e Ordes. Un cabaqueiro do Rosal demostrou a antiga fabricación de tellas.


Crónicas - Novembro 2017

14

ECONOMÍA E TRABALLO LEITE Compara só os tres últimos anos, os da maior debacle de prezos en orixe

A conselleira presume de que o leite estea cotizando a 0,31 euros por litro A administración, practicamente en calquera tempo e de calquera cor política, tende a esquivar responsabilidades cando o prezo do leite en orixe cae, alegando que determinados mecanismos para intervir no libre mercado non serían legais. En cambio, cando se produce algunha suba, o interese é facer ver que o mérito é do goberno. A toda présa. Acaba de comprobarse na conselleira do Medio Rural. Ángeles Vázquez presumiu de que “o leite galego véndese na actualidade ao mellor prezo dos últimos tres anos”, dando por bos os 0,31 euros por litro na media galega, segundo datos oficiais do Ministerio de Agricultura. A titular de Medio Rural limítase a cotexar dentro do último trienio, no que se produciu unha das máis graves crises de prezos das últimas décadas. Se levase a comparación tan só un ano máis atrás o resultado xa sería o dunha caída duns catro céntimos por litro na cotización en orixe. Vázquez recoñeceu “momentos complicados” para o sector leiteiro,

A crise non impide que os Gandeiros sexan solidarios. A asociación Prolega, en colaboración co Concello de Mesía, promoveu o envío de sesenta rolos de herba para alimentar gando en zonas afectadas polos graves incendios de outubro en Galicia.

pero situounos no “pasado”. Incidiu en que a produción galega está no 40% do total español, cun 56% de Gandeiros e Gandeiras e uns mil millóns de euros anuais de volume de negocio. Das súas palabras non se deduce que de setembro de 2016 a setembro de 2017 tiveron que pe-

char 495 explotacións leiteiras en Galicia, de acordo cos datos oficiais. A conselleira efectuou as declaracións nun acto propagandístico para a entrega duns premios a granxas con boa calidade hixiénico-sanitaria do leite, dos que cinco recaeron en explotacións da comarca.

PREZOS DO LEITE

SETEMBRO / AGOSTO (€/litro) Galicia Andalucía Aragón Asturias Baleares Canarias Cantabria Castela-A Mancha Castela e León Cataluña Extremadura Madrid Murcia Navarra Euskadi A Rioxa Valencia ESPAÑA

0,311 0,335 0,317 0,343 0,317 0,450 0,318 0,331 0,322 0,317 0,323 0,325 0,321 0,330 0,343 0,340 0,333 0,322

MEDIAS ESPAÑA SETEMBRO 2013 0,360 2014 0,352 2015 0,304 2016 0,296 2017 0,322

PRODUCIÓN SETEMBRO 2016

2017

Galicia 203.296 tn 214.785 tn España 535.141 tn 558.595 tn Fonte: FEGA (31-10-2017)

COMERCIO Vinte establecementos en ‘Ordes Eventos’

O comercio de Ordes posiciónase como referente para eventos O sector comercial e de servizos de Ordes afianza a súa posición como referente para a organización de eventos sociais, tales como vodas, bautizos ou comuñóns. Así se acreditou no salón ‘Ordes Eventos’, que se celebrou no Pazo do Bidueiro coa participación dunha vintena de establecementos. A intención era que os centos de persoas que acudiron tivesen ocasión de coñecer nun só recinto tanto os servizos tradicionais como as novidades do mercado para este tipo de actividades. Todo da man de profesionais especializados, experimentados e cunha elevada capacidade de asesoramento. ‘Ordes Eventos’, organizado pola Asociación de Comerciantes de Ordes (ACORDES), serviu así tanto para que os clientes recollesen posibles ideas sobre tendencias para acontecementos sociais que estivesen pla-

nificando como para incluso concretar de xeito eficaz todo o que van precisar para pechar tal planificación. Nesta acción comercial participaron as firmas Gráficas Alpi, Clínica Dental Alberto Rama, A Tenda de Ana, o negocio de animación musical EneB, a xoiería Alfonso, o centro de actividades Koala, a perruquería Patricia Palmeiro, a tenda de artesanía Tasmania, Futur Viaxes, La Repro Eventos, Estela Montes Fotografía, a perfumaría Aromas, Sonora Music e as tendas de moda Javier Alfonso, Kyrie, Kukadas, MX AF, Gala, Factoría Doce, Comercio de Pazos, Ekaté e Silvia Vieites. A mostra estivo aberta durante toda unha fin de semana, en horario de mañá e tarde, cun balance satisfactorio de participación polas posibilidades de negocio que abre ao longo dos vindeiros meses.

0,303 0,329 0,309 0,332 0,302 0,449 0,310 0,325 0,315 0,329 0,316 0,320 0,312 0,317 0,338 0,323 0,324 0,316

Ordes Eventos presentou todo o preciso para vodas, bautizos ou comuñóns


Crónicas - Novembro 2017

15

XENTE DE AQUÍ COMARDA Primeiro enlace da guerrilla antifranquista asasinado na bisbarra

‘Obradoiro da História’ rescata a figura de Manuel del Río Botana A Asociación Cultural Obradoiro da História acaba de acender outra luz na noite do esquecemento. A entidade recupera a figura histórica de Manuel del Río Botana (1918-1945), o primeiro enlace da guerrilla antifranquista morto na bisbarra. Esta iniciativa supón que por primeira vez se difunde a imaxe deste loitador contra a ditadura franquista, mediante unha fotografía cedida por Fina Pazos, á que a asociación lle agradece o xesto. O recordo de Del Río Botana escenificouse coa colocación dunha pequena placa na súa tumba no cemiterio de Ordes, na que se poden ler palabras do escritor Lorenzo Varela: “Non chegan a ti as balas dende que pomba es”. Del Río Botana, aínda morrendo novo, foi “unha persoa carismática, un referente na loita antifranquista”, tal como o describen desde Obradoiro da História. O presidente deste colectivo, o memorialista Manuel Pazos Gómez, sinala que nacera en Sar, a rentes da vila de Ordes, en outubro de 1918. No 1936, cando contaba 18

anos, participou con outros membros da Fronte Popular da defensa de Ordes contra a sublevación militar. Foi detido e encarcerado en Ordes, para despois ser trasladado a Santiago e procesado. No xuízo no que 11 veciños de Ordes foron condenados a morte -foron fusilados en Boisaca-, Del Río Botana foi condenado a doce anos e un día de prisión. Outros oito veciños recibiron tamén condena de varios anos de cárcere. No seu periplo de presidios, pasou polo provincial da Coruña e polo de Vitoria. A súa condena foi reducida á metade e rematouna en Alcalá de Henares (Madrid) o 20 de xullo de 1941. Saíu en liberdade condicional, pero de seguido foi chamado ao servizo militar obrigatorio. Destinado a un dos Batallóns Disciplinados de Soldados Traballadores en Bilbao, foi sometido a castigos políticos, traballos forzados e a unha cautividade arbitraria, a expensas da decisión das autoridades militares. Ao seu regreso a Ordes, reforzado

nos seus principios ideolóxicos, contacta co grupo de guerrilleiros liderados por Manuel Ponte Pedreira, a IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia. Exerceu como un “eficaz enlace e colaborador”, segundo precisa Pazos, mais non hai constancia de que participase en actividades armaDel Río Botana, en imaxe de Fina Pazos das da guerrilla. O día de San Cidre de 1945, Manuel del Río Botana estaba en Queis (Montaos) na casa de Juan Penedo, outro enlace da guerrilla, xunto con tres guerrilleiros. Foron cercados pola Garda Civil e fuxiron, pero Del Río, que non ía armado, foi abatido uns centos de metros despois en di- Placa de lembranza na tumba de Manuel del Río Botana rección a unha canteira. A familia de Penedo, fuxido un Como homenaxe, Del Río Botana, tempo antes de entregarse á Garda primeira vítima da represión contra Civil, sufriu desterro en Soria, circuns- a guerrilla, deu nome a un destacatancia pola que tamén tiveron que mento da IV Agrupación, por decisión pasar outras familias ordenses. de Ponte Pedreira.

tos s e u up omiso s e r P mpr o sin c

OROSO

Recoñecen a catro traballadores municipais pola súa xubilación

Revisiones gratuitas

Clínica Dental • • •

Odontología General y Estética Ortodoncia Prótesis sobre implantes

• • •

Extracciones molares del juicio Colocación de implantes Apicectomías

Centro Sanitario Autorizado C - 15 - 000297

Eduardo Pondal, 11 Bajo. ORDES Homenaxe nun xantar ao que acudiron traballadores e cargos políticos locais

Catro traballadores e traballadoras do Concello de Oroso recibiron unha homenaxe con motivo da súa xubilación. Levaban, segundo os casos, entre quince e trinta anos ao servizo da institución municipal. En concreto, trátase de María del Carmen Villaverde e María del Carmen Casas, do servizo de lim-

peza; de Manuel Varela, de Obras; e de Ramón Louzao, arquitecto asociado ao servizo de Urbanismo. O alcalde, Manuel Mirás, agradeceu a súa traxectoria e destacou o traballo dos traballadores públicos, sinalando que a externelización de servizos adoita “empeorar a calidade que recibe a veciñanza”.

981 680 320 - 620 822 531

Crónicas

Somos vento a favor para o teu negocio Contrata a túa publicidade no 617 917 130


16

Crónicas - Novembro 2017

XENTE DE AQUÍ ORDES Este ano cumpríronse oitenta da súa morte

Militares e cargos políticos homenaxean o Soldado Lois O 1 de novembro equival en Ordes a un recordo e homenaxe ao coñecido como Soldado Lois. Cada ano en tal xornada conmémorase o seu falecemento no cemiterio do Piñeiro, e este non foi menos, posto que se cumpriron oitenta anos do seu pasamento. De feito, xa se efectuara outra ofrenda a comezos de setembro, nun evento que incluíu unha controvertida xura de bandeira para civís. A homenaxe estivo presidida polo coronel comandante do Tercio Norte de Ferrol, Carlos Pérez-Urruti, e polo alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo. Acudiron tamén o tenente coronel Víctor Hugo Blanco Urigorri; o suboficial da unidade, Manuel Martínez; o subtenente Antonio Morento; e o cabo maior Germán Díez; xunto con membros da corporación, mandos da Policía Local, e varias decenas de veciños e veciñas. A ofrenda floral ante a tumba, cunha coroa de loureiro ornamen-

tada cun lazo coas cores da bandeira española, estivo acompañada por unha peza de trompeta a cargo do sarxento Andrés Álvarez Toirán. PROTAGONISTA DUN TEMPO EXTREMO Manuel Lois García foi vítima dunha situación extrema propia dunha época histórica extrema: a Guerra Civil española. O conflicto coincidiu coa súa vida militar e quedou alistado no bando franquista, formando parte do cruceiro Baleares. A comezos de 1937, en costas alxerianas, a nave, nunha operación de ataque, recibe un impacto de proxectís. O relato histórico di que o responsable do barco pediu un voluntario para retirar material que non explotara. Teríase ofrecido Lois, ao que a deflagración o deixa gravemente ferido, morrendo poucas horas despois. A súa acción salvou as vidas dos demais compañeiros.

Este ano cumpríronse oitenta do falecemento do soldado ordense na guerra civil

A ofrenda floral celébrase cada 1 de novembro no cemiterio do Piñeiro

OROSO

TORDOIA

O proxecto Apego ofrece un espectáculo musical para bebés

O Punto de Atención á Infancia celebra un magosto tradicional

O espectáculo e obradoiro congregou unhas setenta familias en Sigüeiro

Na festa participaron nenos e nenas, familiares e o persoal do centro

O proxecto Apego, creado para socializar en galego os nenos e nenas de ata seis anos, ofreceu no centro cultural de Sigüeiro o espectáculo musical para bebés ‘Percubebé’. A iniciativa, organizada polo Concello, reuniu unhas setenta familias, que se distribuíron en dúas

Os nenos e nenas que acoden ao Punto de Atención á Infancia (PAI) do concello de Tordoia, acompañados polos profesionais do centro e por pais, nais, avós e avoas, celebraron un magosto tradicional. Ao evento tamén asistiu a concelleira de Servizos Sociais, Inés Santos.

quendas para facer máis cómoda a actividade. O espectáculo, con áreas de obradoiro, permitiulles aprender e experimentar coa percusión e coa arpa, tomando como base a música tradicional para desenvolver o ritmo, a psicomotricidade e a coordinación dos cativos.

Ademais das inevitables castañas, as familias e o persoal do PAI prepararon diversos doces e aperitivos para completar a celebración, na que as instalacións contaron tamén cunha decoración temática especial axeitada a esta época do ano, marcada pola caída da folla e a recollida de froitos.


Crรณnicas - Novembro 2017

17

PUBLICIDADE


18

Crónicas - Novembro 2017

XENTE DE AQUÍ ORDES

COMARCA Para “analizar” un programa de formación e emprego xuvenil

A Asociación de Amigos da Música celebra a Santa Icía o 25 no pavillón Campomaior

Seis políticos da comarca viaxan a Irlanda coa Mancomunidade

A Asociación de Amigos da Música de Ordes celebra a Santa Icía, patroa da música, este 25 de novembro no pavillón Campomaior. Na festa, coa que colabora o Concello, vaise presentar e estrear o último traballo discográfico 25 anos, que gravou a formación cando cumpriu un cuarto de século. Na posta en escena colaborarán o grupo de gaitas Os Viqueiras de Ordes, a Asociación Brincadeira de Santiago de Compostela, Embruxo Gaiteiros e O Coro da Banda. Na mesma xornada, terá lugar a Festa do Socio, con xantar gratuíto para as persoas que teñan carné de socias e para menores de seis anos de idade, e a un prezo de 25 euros para persoas adultas e 10 euros para nenos e nenas de 6 a 12 anos. As entradas puidéronse retirar ata este 20 de novembro na Escola Municipal de Música de Ordes.

Seis cargos políticos da comarca e técnicos da Mancomunidade viaxaron a Irlanda para coñecer e “analizar de primeira man” o funcionamento dun programa de formación e inserción laboral para a mocidade. En concreto, acudiron o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e os concelleiros Susana García (Ordes), María de los Ángeles Álvarez (Frades), Beatriz Rodeiro (Oroso), Manuela González (Tordoia) e Manuel Pereiro (Trazo). Non participaron na viaxe con representación política os Concellos de Cerceda e de Mesía. Durante varios días, a expedición tivo ocasión de coñecer na localidade de Derry o funcionamento de Galeuropa, un programa da Xunta no que este ano a Mancomunidade participa con vinte mozos e mozas de entre dezaoito e trinta anos. A súa estancia como bolseiros permítelles mellorar a súa formación, facerse con experiencia laboral e incrementar a súa empregabilidade e competencias profesionais.

Encontro da Mancomunidade cun representante da localidade irlandesa de Derry

Os cargos políticos desprazados sostiveron un encontro con Maolíosa McHugh, alto representante municipal de Derry. Con el avaliaron as posibilidade de mellorar o funcionamento do programa. Na viaxe ta-

mén coñeceron algunhas das familias que acollen os bolseiros e os lugares onde efectúan as súas prácticas laborais. Cos bolseiros de aquí compartiron parte da xornada e servíronlles de guías turísticos.

ORDES

FRADES

Presentan o proxecto ‘Maletas Viaxeiras’ no IES Maruxa Mallo

Percorren por etapas a parte galega do Camiño Francés

A iniciativa pretende fomentar a igualdade e previr a violencia de xénero

O instituto de secundaria Maruxa Mallo, de Ordes, acolleu a presentación do proxecto ‘Maletas Viaxeiras’, posto en marcha con motivo do Día Internacional da Biblioteca Escolar. Esta iniciativa forma parte dun plan autonómico para a promoción da igualdade de xénero no ámbito da ensinanza obrigatoria, co propósito de erradicar a violencia de xénero e incidir na educa-

ción afectiva e sexual, eliminando roles, estereotipos e actitudes sexistas. As maletas incorporan diverso material didáctico sobre a materia. Na presentación estiveron, ademais de persoal docente do centro e alumnado, a secretaria xeral de Igualdade da Xunta, Susana López, e o director xeral de Educación, FP e Innovación Educativa, Manuel Corredoira.

Na primeira etapa participaron máis de oitenta persoas

Unhas oitenta persoas de Frades están percorrendo en sete etapas a parte galega do Camiño Francés, cun total de 159 quilómetros entre Pedrafita do Cebreiro e Santiago de Compostela. As saídas para cubrir cada etapa están tendo lugar os sábados, aínda que non de xeito con-

tinuo, pois en función da situación meteorolóxica deciden se se respecta o calendario ou se se apraza cada saída. A iniciativa está organizada polo Concello de Frades, que inicialmente prevía que se sumase un máximo de 50 persoas pero despois tivo que ampliar prazas.


Crónicas - Novembro 2017

19

XENTE DE AQUÍ

ORDES

TORDOIA

Vaia Troula montaron en Poulo !

Curso de manexo de móbiles

A terceira ruada ‘Vaia Troula’, organizada pola asociación cultural Camiño Real de Poulo, congregou centos de persoas coa súa proposta de música tradicional galega, na versión máis animada do folclore. Actuaron Somos Nós (Ordes), a agrupación de Veciños de Leira, Xentiña de Trazo, Brisas do Quen-

Unha vintena de persoas participaron en Tordoia nun curso sobre telefonía móbil. Distribuídos en dous grupos, aprenderon a utilizar os dispositivos e viron cales poden ser as aplicacións de maior interese, como utilizar o correo electrónico ou como navegar por internet. Entregou os diplomas de participación o alcalde, Antonio Pereiro.

llo (A Pontraga), Pandeireteiras das Encrobas, Pandeireteiras de Rodías, Amigos do Acordeón de Sigüeiro e O Sarillo de Aiazo, ademais da organizadora Camiño Real. Na festa colaboraron a cafetaría e centro de ocio infantil Feitizo, Manel percusión tradicional e o Concello de Ordes.


Crónicas - Novembro 2017

20

XENTE DE AQUÍ OROSO

COMARCA

Unha exposición de fotos aéreas amosará os cambios do municipio nos últimos trinta anos

Curso de defensa persoal contra situacións de violencia machista

O alcalde recibe as fotos actuais

O Concello de Oroso prepara unha exposición de fotografías aéreas que permitirá aprezar os cambios no municipio nos últimos trinta anos. Situarase no centro cultural de Sigüeiro e está pendente de concretar as datas. A mostra incorporará unhas vinte imaxes adquiridas recentemente polo Concello á empresa Aerosar, xunto con outras dos anos noventa, de maneira que será visible o crecemento inmobiliario e empresarial de Sigüeiro e o avance indiscriminado das plantacións forestais nas zonas do rural por mor do declive do sector agrogandeiro.

Máis de trinta mulleres participaron en Ordes nun curso de defensa persoal e autocapacidades ante situacións de violencia machista. Foi unha actividade da que se encargou o Centro de Información á Muller da Mancomunidade, baixo a organización da Xunta e coa colaboración da Federación Galega de Loita. A unha das clases asistiu o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado pola secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, e a concelleira de Benestar, Susana García, quen, xunto a López Abella, aprendeu algunhas das técnicas impartidas no curso. Rueda animou a participar neste tipo de cursos e comprometeuse a que o goberno autonómico seguirá organizándoos. O alcalde emprazou á Xunta a continuar investindo en políticas de igualdade. Ante a próxima conmemoración do Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra a Muller, o 25 de novembro, a Xunta e a Mancomunidade incidiron na necesidade da implicación social.

Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta, presenciou unha das clases do curso

Concelleira e secretaria xeral, aprendendo algunhas das técnicas impartidas

OROSO

COMARCA

Jorge del Oro presenta en Oroso unha recompilación de contos

Comeza un novo curso básico de linga galega do SNL comarcal

O autor, á dereita, acompañado polo concelleiro de Cultura de Oroso

Primeira clase do curso, que rematará xa o 7 de decembro

Jorge del Oro Aragunde, veciño de Oroso, presentou en Sigüeiro o seu segundo libro. Titulado ‘Fresas para Kalíope’, é unha recompilación de 25 contos curtos. Segundo o autor, son historias que “naceron como mestura da casualidade e da necesidade”. Orixinariamente, fíxoas públicas a través das redes sociais, e

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Mancomunidade de Ordes comezou a mediados de outubro un novo curso de lingua galega, no que participan máis de dez persoas. As clases impártense nun nivel básico e están orientadas a persoas estranxeiras ou que nunca antes realizaran estudos. A efi-

tras ver a boa acollida por parte da xente chegaron a ter forma de libro. Del Oro ilustrou a obra cunha creación por cada conto. O libro foi autopublicado en Amazon, onde está á venda. O concelleiro de Cultura, Luís Villaverde, destacou o “traballo inmenso” da obra presentada.

cacia é elevada, ao tratarse dun grupo máis ben reducido e cunha formación plenamente adaptada ao seu punto de partida. O curso ten lugar dous días por semana, os martes e os xoves, e rematará xa o 7 de decembro. É unha das múltiples iniciativas do SNL para impulsar o coñecemento e o uso da lingua galega.


Crónicas - Novembro 2017

21

DEPORTES

As escolas municipais de fútbol sala de Ordes están ao cargo do Jogafán Ordes. Na imaxe, os nenos e nenas deste curso xunto a responsables da entidade e o alcalde

FÚTBOL SALA

A gran familia do Jogafán Ordes Fútbol Sala mobiliza 150 persoas O Jogafán Ordes de Fútbol Sala aproveitou a realización das fotografías oficiais da tempada 2017-2018 para reunir os integrantes de todas as súas categorías. En conxunto, a gran familia desta entidade suma uns 150 integrantes. Nese cómputo figuran os xogadores e xogadoras das diversas idades, entre eles os que integran as escolas municipais de fútbol sala de Ordes, a

FÚTBOL

A S.D. Montaos encarga nova indumentaria tras portala un detido non vinculado co club A S.D. Montaos viuse obrigada a encargar nova indumentaria tras sentirse “indirectamente implicado” o club nun suceso sen ter nada que ver cos protagonistas. Trátase de dous mozos que levaban posto o chándal da entidade e que foron detidos en Carballo por darse á fuga nun control de Tráfico e causar un sinistro vial con vítimas. O club confirma que ningún dos detidos ten nin a máis mínima vinculación co Montaos, nin como xogadores nin como directivos nin como técnicos ou colaboradores. Explican ademais que días antes foran roubados cinco chándales do seu almacén, do que cabe inferir a posibilidade de que algúns deles fosen os que vestían os detidos. Para protexer a imaxe da S.D., a directiva decidiu nunha reunión de urxencia encargar chándales cun novo deseño estético para poder quedar desvinculados definitivamente das imaxes. “Esto só nos pode pasar a nós”, comentaron desde o club co seu habitual bo humor.

cargo da entidade. E ademais suman o cadro directivo, os adestradores e o restante persoal técnico. Todos eles acudiron ao pavillón polideportivo Castelao II nunha xornada na que, ademais de preparar as imaxes oficiais, xogouse o encontro entre o Jogafán Ordes Fútbol Sala e o Praia de Barreiros, que rematou cun resultado de 4 a 6 goles a favor do equipo visitante.

Equipo principal do Jogafán Ordes Fútbol Sala para a tempada 2017-2018

TRÍATLON

ATLETISMO

Nuno Costa e David Santos lideran a pedestre de Santiago

Nuno, á dereita, e Santos, un dos primeiros pola esquerda da imaxe

Dous atletas da comarca lideraron a cuadraxésima Carreira Pedestre Popular de Santiago, disputada o 29 de outubro. O gañador foi Nuno Costa, de Sigüeiro (Oroso), que rexistrou un tempo de 37’02’’, e en segunda posición clasificouse o ordense David Santos, que detivo o cronómetro en 37’15’’.

A proba, de doce quilómetros, percorreu a capital de Galicia, comezando na avenida de Xoán XXIII e transitando por múltiples rúas, algunhas bastante pendentes, ata chegar á Praza do Obradoiro. Na categoría feminina venceu Joselyn Daniely Brea (42’18’’), de Venezuela, seguida de Marta Casanova (42’24’’).

A piscina climatizada de Ordes programa clases especiais para iniciarse no tríatlon O Departamento de Deportes do Concello de Ordes e o Club Ciclista Riazor programan masterclass gratuítas de iniciación ao tríatlon. Terán lugar na piscina climatizada Iván Raña este 25 de novembro máis o 2 e o 16 de decembro. As tres datas caen en sábado e as clases terán lugar entre as 16:30 e as 17:30 horas para un grupo e de 17:30 a 18:30 horas para outro grupo. O límite de participación é de quince persoas por grupo. As inscricións, abertas a calquera persoa que teña máis de oito anos de idade, poden formalizarse na propia piscina. A primeira sesión dedicarase a exercicios de auga, con técnicas específicas nas catro modalidades. A segunda será para a bicilceta, abordando o modo de pedaleo e diversos exercicios técnicos. E na derradeira sesión as persoas participantes poderán mellorar a transición da bicicleta á carreira, ademais de realizar exercicios de velocidade curtos, técnicas de carreira, estiradas e finalización.


22

Crónicas - Novembro 2017

DEPORTES ORDES Participaron uns cincuenta competidores

Campionato de cetraría no Mesón do Vento O XVI Campionato Galego de Cetraría celebrouse no Mesón do Vento, en Ardemil (Ordes), cuns cincuenta competidores. Gañaron Francisco González na categoría de harris, Víctor Manuel Pérez na de azores, Óscar López en falcóns e Carlos Area en pequenas aves. Todos recibiron o diploma de Cetreiros do Camiño. O campionato foi organizado pola Federación Galega de Caza e a Sociedade Galega de Cetraría, en colaboración co Concello de Ordes, a Sociedade Deportiva O Gatillo, Deporte

Galego, Galicia Saudable e o Museo do Traxe Juan José Liñares de Ordes. Ademais da competición, desenvolvéronse diversos voos de exhibición ou relatorios temáticos. Paralelamente, o Museo do Traxe acolleu unha mostra fotográfica de Luis Ogando. Entregaron os premios do campionato o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, a delegada provincial de Medio Ambiente, Cristina Carrión, e o presidente da Federación Galega de Caza, Pedro Nieto.

TAEKWONDO

AIKIDO

Dezaoito medallas para os da comarca no torneo pontevedrés

O alumnado de aikido de Ordes recibe os certificados de nivel

Integrantes do Boudsport de taekwondo, coas súas medallas en Pontevedra

Dezaoito medallas. É o frutífero resultado da participación do club Boudsport de Ordes no Torneo Cidade de Pontevedra de Taekwondo, que congregou máis dun milleiro de partipantes na súa vixésima edición a finais de outubro no pavillón municipal dos deportes da cidade do Lérez. Os medallistas que obtiveron o ouro para a entidade ordense foron Uxía Castro, Ainara Loureiro,

Abril Viqueira, Álex Sánchez, Claudia Diéguez, Sara Soneira e Pablo Pazos. Acadaron as medallas de prata Álex Rey, Andrea Caneda, Diego Raña e Pablo Pazos. E os terceiros postos desta competición, merecedores de medallas de bronce, foron Pablo Liñares, Olaya Blanco, Christian Loureiro, Manuel Castro, Carla Diéguez, Alba Rey e Adrián Cao.

Participantes nas clases de aikido en Ordes, cos seus diplomas de progresión

Os alumnos e alumnas do curso de aikido de Ordes recibiron recentemente os certificados que acreditan a súa progresión nesta disciplina, de acordo co programa técnico de Iwama Shin Shin Aiki Shuren Kai, a entidade fundada por Hitohira Saito Soke, un

dos principais impulsores mundiais desta especialidade de arte marcial moderna. As aprobacións foron concedidas polo seu profesor José Veiga. A actividade, chegada recentemente a Ordes, continúa gañando participantes nas súas clases.


Crónicas - Novembro 2017

23

OPINIÓN

A Inquisición en Ordes Por Carlos Calvo Varela

É moi difícil imaxinar hoxe o terror que se puido producir en Ordes aquel 15 de febreiro de 1589. Camiño arriba, chegando da parte de Santiago, apareceran tres homes de rostro severo entre a néboa: eran o alguacil, o secretario e o licenciado Juan de Cortázar en persoa, a máxima autoridade do Santo Oficio da Inquisición no Reino de Galiza. Estaban a iniciar, aproveitando que entre a Coresma e a Primavera os labregos tiñan menos traballo, unha visita de distrito que proseguiría por Carballo, Muros, Noia, Rianxo e Padrón, antes de regresar á súa sede compostelá, no vello pazo dos condes de Monte Rei, lindando coa horta dos beneditinos de San Martiño Pinario. Que berros alí se ouvían! As fogueiras para queimar as persoas condenadas dispúñanas, no entanto, na veciña Praza do Pan, hoxe máis coñecida como de Cervantes (1). A folla de servizos do tudense Cortázar xa era longa: cóengo e comisario en Tui, viña de estar destinado como visitador e fiscal na colonia das illas Canarias. O seu mandato en Galiza comezara en 1584, e aínda non podía imaxinar o medo que lle ía producir o pirata Drake en maio. Agora era febreiro e estaba aquí, en Ordes, coa confianza dun deus na terra. A “pedagoxía do terror”, como lle chamou o historiador Bennassar (2), estaba perfectamente organizada, e Cortázar coñecíaa ben. A comitiva vida de Santiago reuniu a veciñanza de Ordes e concentrouna na igrexa, con certeza que na capela de Lurdes. Os paisanos ollábanse entre eles, en-

tre expectantes e desconfiados. Entón comezou a doutrina do shock. Cortázar, antes de ler o Edito de Fe, fai que os fregueses realicen un xuramento estremecedor, lido nunha lingua allea mais da que é imposíbel non comprender as ameazas que acarreta contra os que non se preguen á Inquisición: “… venga sobre ellos y cada uno de ellos todas las plagas de Egipto y todas las maldiciones que vinieron sobre el Rey Faraón y su gente y así mismo les comprenda la sentencia que les comprendió a los de Sodoma y Gomorra, Datán y Avirón, que vivos fueron abrasados por el pecado de la inobediencia que contra Dios, Nuestro Señor cometieron y sean malditos en su vivir y morir y siempre estén cuando fueren a juicio sean condenados y sus días sean pocos y malos y sus bienes y hacienda sean traspasados a los extraños y sus hijos sean huérfanos y no hallen quien haya piedad de ellos ni de sus hijos ni de sus cosas… maldito sea el pan, vino, carne y pescado y todo lo que comieren y bebieren y las vestiduras que vistieren y la cama en que durmieren sean malditas con todas las maldiciones del Nuevo y Viejo Testamento; malditos sean con Lucifer y Judas, con todos los diablos del infierno los cuales sean con sus compañeros. Amén”. Case nada. A división e o medo xa están sementados, agora só toca agardar. A idea é que os veciños, atemorizados, desconfíen entre si, e que por temor a ser acusados de herexías pensen que a mellor forma de se salvar é colaborar e acusar primeiro, delatando supostos herexes, as máis das veces imaxinarios.

Os paxariños da Alameda O triunfo da cabalerosa ave anticipoulle o outono a unha roseira que endereitara as súas raíces cara outros nutrintes. Os esforzos resultaron inútiles e agora a savia carece de enerxía, por moito que confíen en reorientar os chupóns antes do inverno. O vello exemplar sobrevive porque xa pasara dorosos trasplantes nos que quedara co centro moi dislocado. Experiencia que esta vez aconselloulle disimular. Noutro lado, reverdece unha vella póla da roseira que parecía aínda máis seca que a propia roseira,

A Inquisición, naturalmente, garante o anonimato da acusación. Pero que delitos habían ter os nosos veciños, bastante ocupados en arrincarlle á terra algo de pan para os seu fillos? Por sorte, estas visitas de distrito, parte fundamental da política de control da Inquisición, centrábanse na procura de “delitos lixeiros”, remetendo os grandes casos de bruxaría e herexía a outras instancias. Querían, máis ben, inculcar a lume e ferro, até na última aldea, unhas prácticas relixiosas e sexuais ortodoxas que distaban moito das do pobo. Para facerse unha idea, a triloxía das resistencias labregas à ortodoxia católica na segunda metade do século constituíana a xeneralizada negación da presenza de Cristo na Eucaristía, a incredulidade total a respecto da virxindade de María e a negativa frontal dos labregos a confesarlle os seus pecados ao cura, a pedra angular do saber-poder eclesiástico. Non sabemos, lamentabelmente, cales foron os concretos que Cortázar encontrou nos nosos veciños, aínda que a documentación está arquivada, á espera de ser consultada (3). O Santo Oficio, por outra parte, era xunto coa Universidade un dos principais trampolíns, sociais para as elites locais. A Inquisición contaba cunha mesta rede de informadores por todo o territorio do reino, conformada por “familiares” (delatores ocultos que gozaban de imunidade xurídica e que, chegado o caso, actuaban de testemuñas de carga) e “comisarios”. Estes cargos oficiais eran moi cobizados polos caciques al-

deáns, pois o Foro Inquisitorial outorgáballes a liberdade de portar armas e a exención de ser chamados a filas, entre outros privilexios. Desta maneira a estrutura inquisitorial, orixinalmente pensada como instrumento centralizador do poder, foi colonizada por elites indíxenas. Na nosa comarca exerceron de comisarios, contra o ano 1611, tres reitores: Alonso Arceu, en Pereira; Gregorio Ares, en Abellá; e Juan Mosquera, em Beán. Como “familiar” encontramos en Gorgullos, en 1641, un home de 60 anos, Domingo Ares. Cárcere de Villabona, 25 de setembro de 2017 NOTAS: 1. Collo os datos do fundamental Jaime Contreras, El Santo Oficio de la Inquisición en Galicia 1560-1700. Poder, sociedad y cultura, Madrid, Akal, 1982. 2. B. Bennassar, L’Inquisition Espagnole, XV-XIX siècles, Paris, Hachette, 1979. 3. Archivo Histórico Nacional, Sección Inquisición, Fuentes documentales sobre Galicia, Visitas de inspección, legajos 2043 e 2044. No livro de Antonio Fraguas, La Galicia insólita (Sada, Ediciós do Castro, 1993 [1973], pág. 77 e ss) cítase o caso de varias procesadas –non pola Inquisición- por bruxaria veciñas de Ordes onde tamén aparecen persoas do lugar de Penelas, o que dá pé a confusións. Na realidade, este caso (que se pode consultar no Arquivo do Reino de Galicia, leg. 1139, núm. 32) refírese ao Ordes de Rairiz de Veiga, en terras limiás.

Sección de chíos, murmuracións e faladorías pilladas polo aire, unhas máis certas que outras

que xa é dicir. Esta si que non disimulou e fíxose ver en todas as ocasións que puido para revolver o xenio do opoñente. Non lle quedaba xa outra carta e gañou, aínda que non era a súa primeira festa. Xa polo San Pedro disfrutara moito. E agora xa prepara as súas aves para pousarse de novo no xardín. Con todas as consecuencias e podando todas as pólas feas para que a planta quede bonita, aínda que o terreo estea famento. O vello inquilino, que pouco ve máis aló do seu espello, está estupefacto porque esta vez nin sequera se percatou do que viña, non viu medrar as herbas que el mesmo fertilizou.

O retorno conta co beneplácito das aves do couto e da ribeira, que bastante avisaran de que defenderían o territorio. É unha alianza estratéxica, nada ideolóxica. Son especies de plumaxe moi diferente. Outro barullo. Algún xa tiña ben preparado o scotch brite (era acaído) para esfolarlle o lombo ás gaivotas que voaron con vento público a terras destiladas. Ata que sae no medio unha conxénere e teñen que calar. Coartada perfecta. Que foi? A socialmente educada devolución dun favor sanguíneo?

Todos estes e algúns máis son os desencantos do outono, moi agrios. A cara divertida, para os amigos da mofa, póñena como case sempre as heroicas aves das postverdades. Unha é capaz de travestirse en Agustina de Aragón, de perderse camiño do Morrazo e acabar en terras mañas sen que ninguén perciba, aparentemente, o grave e fastuoso desatino. Antolóxico. Outra prosegue a hibernación, quentando eternamente un niño sen ovos, obstruíndose na súa estulta falsidade, nunha farsa compulsiva que cada día queda máis ao descuberto. Por vía visual e olfativa!


Cr贸nicas

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Cr贸nicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Tameiga. Peche de edici贸n: 17-11-2017. Dep贸sito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.