Cronicas comarcadeordes n48 decembro2017

Page 1

Crónicas

Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 48 - Decembro de 2017

A ORA de Ordes será de balde nas rúas menos céntricas Noventa minutos, un partido de fútbol. Será o tempo máximo para aparcar nas rúas de Ordes nas que a ORA

pasa a ser de balde. Son as menos céntricas, posto que as que rodean a Alameda, o Concello e o parque, o tramo

azul de Alfonso Senra e parte da rúa do Mercado manterán o cobro. A medida pretende dinamizar o comercio, pero

critícanlle que non pense nos residentes e que non fixe cores para diferenciar onde se pagará e onde non. Páx. 2

DEPORTES

GolStar, cando cos naipes se pode xogar ao fútbol Páx. 29

CERCEDA

Cendal, recoñecida aquí Investigan os vertidos dunha granxa no Xalo Páx. 6

ECONOMÍA

Unha nova fornada reforza a dirección de Cerámica Verea Páx. 20

MESÍA

Homenaxes á enfermeira en Parada e en Ordes

Páx. 24

Poñen os tipos do IBI no mínimo para paliar o catastrazo Páx. 10

ORDES

Gesuga acepta retirar os seus camións do centro da vila

Páx. 4

ORDES

Pedirán protección especial para elementos patrimoniais

Páx. 18

COMARCA

Controversia polos prazos na selección dun obradoiro Páx. 16


Crónicas - Decembro 2017

2

ACTUALIDADE Entre a demanda do comercio e a ‘chapuza’ de non darlle outra cor ás zonas de balde O goberno defendeu que coas modificacións na ORA atende unha solicitude do sector comercial para facilitar o acceso dos clientes. O executivo avaliará o funcionamento do novo sistema, sen descartar futuras correccións se observa algunha dificultade. A oposición xa observou erros. Para o BNG, resulta “chapuceiro” mesturar estacionamentos de pago e de balde. Os nacionalistas reclamaron de novo manter a ORA, pero gratis en todas as rúas, como en Carballo. Non obstante, pediron cando menos cores diferentes (azul e laranxa) para a zona de balde e a de pago, co propósito de evitar as confusións. UxO cre tamén que toda a ORA debería ser gratuíta para non crear “agravios comparativos” nin prexuízos aos comercios segundo onde se ubiquen. A formación independente desbota os argumentos económicos do alcalde e sinala que hai servizos que, aínda sendo deficitarios, resultan beneficiosos para o pobo. A non adscrita Beatriz Martínez solicitou que nas rúas onde se aparca nos dous lados só haxa limitacións nun para evitar “inxustizas cos residentes”. Tamén defendeu a doble cor. A petición foi rexeitada.

ORDES As rúas máis céntricas e comerciais manteñen o pagamento da ORA

A zona azul incorpora diversas rúas gratuítas durante hora e media Durante unha tempada, para estacionar en boa parte de Ordes haberá que prestar algo máis de atención debido aos cambios introducidos tanto no mapa da zona azul como na gratuidade nas rúas máis comerciais durante hora e media. A clave será fixarse en se estamos nunha rúa de balde, co tope dos 90 minutos, ou se é unha rúa que conserva as condicións tradicionais da ORA. As medidas xa foron aprobadas polo pleno. Están aínda en exposición pública e tardarán varias semanas en entrar en vigor. Votaron a favor o goberno, o PSOE e os non adscritos Roberto González, Ramón Vázquez e Luis Caamaño. UxO votou en contra e Beatriz Martínez máis o BNG abstivéronse. En canto ás modificacións no mapa, incorpóranse á ORA de pagamento a Rúa do Mercado, no treito que vai desde o parque municipal ata a Rúa Compostela, máis a República Arxentina, na súa primeira parte desde Alfonso Senra ata a intersección coa Rúa Nova. Pola súa parte, a Rúa dos Lagartos deixa de ser de pago obrigatorio e pasa a formar parte da nova ORA de balde. Tamén figuran na zona azul gratuíta, co prazo máximo de estacionamento de hora e media, as seguintes rúas: Rúa Nova (desde República Arxentina ata Rosalía de Castro), Rúa Rosalía de Castro (de Alfonso Senra á Rúa Nova), Rúa da Canteira (desde Alfonso Senra ata a intersección que vai

En azul, rúas con ORA de balde 90 minutos, en malva rúas con ORA de pagamento

ao centro de saúde), a zona da Praza de Abastos, a Rúa do Mercado (desde a Rúa da Canteira ata a Rúa Compostela), a Rúa da Reconciliación, a Rúa Compostela (desde Alfonso Senra ata os Muíños), e a Rúa do Recreo (desde o parque ata a Rúa do Mediodía). En resumo, as rúas máis afastadas do centro da vila son xeralmente as que asumen un límite temporal para aparcar sen ter que pagar. E as rúas máis comerciais e céntricas manteñen o mesmo sistema da ORA co propósito de favorecer o movemento de vehículos e dinamizar o uso das pra-

zas existentes. Desde a pasada primavera, a vila xa gañara un amplo aparcadoiro en terreos privados entre o centro de saúde e Alfonso Senra. Outro cambio relativo ao tráfico é a adaptación da ordenanza municipal á lei de accesibilidade. En zonas concorridas ou con servizos como o Campo da Feira, o centro de saúde, o tanatorio, a nave do Mesón ou os colexios, unha de cada corenta prazas de estacionamento reservarase a persoas con diversidade funcional. Esta proposta fora realizada polos socialistas hai uns meses.


Crรณnicas - Decembro 2017

3

PUBLICIDADE


4

Crónicas - Decembro 2017

ACTUALIDADE ORDES A Xunta retira as limitacións de tonelaxe na estrada de Mercurín para facer posible o desvío

Gesuga acepta retirar os camións do centro Gesuga, a empresa que procesa os restos de gando morto na súa planta en Cerceda, accedeu a que os seus camións non circulen máis polas rúas do centro de Ordes. O cambio de traxecto prodúcese despois de que se producisen, hai escasas semanas, novos vertidos de sangue e outros fluídos ao longo da vila, ocasionando cheiros e suscitando malestar e preocupación na veciñanza. Para que o desvío fose posible, foi preciso tamén un movemento por parte da Xunta. O goberno autonómico retirou a limitación de tonelaxe na estrada que vai desde Merelle (Ordes) ata Cerceda por Mercurín. Deste xeito, os camións coas reses mortas poderán tomar a ronda leste antes de entrar na vila. Segundo o Concello, foron os propios responsables da empresa, nunha reunión co alcalde, os que solicitaron que a Xunta facilitase a opción da estrada de Mercurín para o desprazamento dos seus sete vehículos. A retirada da limitación de peso foi aceptada tras un estudo efectuado polos técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas, que deter-

mina que o nivel de avance das obras na estrada por Mercurín “fai posible que os camións circulen en condicións de total seguridade”, tal como expresa o Concello. O desvío pola ronda leste xa ía ser obrigatorio a partir do mes de abril, aténdose a un acordo adoptado polo pleno municipal por iniciativa do BNG, crítico cos ruídos, vibracións, cheiros e obstruccións que ocasio-

ORDES

CERCEDA O polígono mellora a eficiencia enerxética da súa iluminación pública

Comeza a construción de oito depósitos de auga contra incendios en varias parroquias

Obras no Acevedo para conectarse á depuradora e abrir unha estrada

A finais de novembro comezaron os traballos para construír oito depósitos de auga en varias parroquias de Ordes. Servirán para tarefas de extinción de incendios, pero tamén os poderán utilizar as cisternas agrogandeiras. Os catro primeiros vanse ubicar nas zonas de concentración parcelaria de Montaos II, BeánPereira II, Lesta-Mercurín II e Vilamaior-Barbeiros II. Está previsto tamén construír outros en Ordes, Barbeiros, Parada e Leira. O investimento da primeira fase é duns 80.000 euros, procedentes na súa maior parte de fondos europeos. A Consellería do Medio Rural é a encargada de todo o proceso. A dotación deste tipo de depósitos é unha vella demanda da veciñanza en numerosas parroquias, tanto para combater o lume como para determinados usos gandeiros. Coa seca extrema dos últimos meses, estas infraestruturas cobran un valor aínda maior.

O polígono industrial do Acevedo, en Cerceda, experimenta diversas melloras cun conxunto de obras que están xa en execución. O importe é duns 237.000 euros, dos que 190.000 son financiados pola Xunta. O delegado provincial, Ovidio Rodeiro, e o alcalde, José García Liñares, visitaron recentemente a zona. Unha das principais intervencións consiste en conectar o colector que dá servizo ao polígono coa depuradora do municipio. Así poderán acceder ao servizo de saneamento de augas residuais as naves do espazo industrial que ata agora carecían dunha infraestrutura deste tipo. Un segundo proxecto é a construción dunha nova rúa pavimentada de catro quilómetros e medio de longo, que contará con beirarrúas máis sinalización vertical e horizontal. E a actuación máis sostible será probablemente a substitución das luminarias existentes por outras de tecnoloxía LED, máis eficientes tanto lumínica como enerxeticamente. O proxecto inclúe os cambios nos ca-

terior”. Non obstante, tamén admitía a imposibilidade de garantir plenamente que non se emitan cheiros, como sucedeu en varias incidencias.

Vertido de sangue e outros residuos en Alfonso Senra, hai poucas semanas

nan os camións que carrexan residuos a distintas plantas de Cerceda. Gesuga solicitou como “imprescindible” o desvío por Mercurín para evitar os inconvintes xerados no centro da vila. Non obstante, nun escrito dirixido ao Concello, a empresa explicou que “a estanqueidade dos camiñons evita as perdas de material sólido e líquido, ademais de reducir a saída de molestos olores cara ao ex-

NO PARLAMENTO O tráfico pesado con residuos por Ordes tamén chegou ao Parlamento Galego, da man de Xosé Luis Rivas ‘Mini’ (BNG), quen preguntou que medidas ten previstas a Xunta para evitar o problema. A directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, Cruz Ferreira, non ofreceu unha data concreta para o cese dese tráfico, pero de todos os xeitos afirmou a finais de novembro que “nos vindeiros días” xa non pasarían máis polo centro de Ordes nin os camións de Gesuga nin os que van con destino a Sogama. Rivas indica que hai dez anos que a veciñanza de Ordes solicitara anular o tráfico pesado, para o que fora construída a ronda leste. Pablo Vidal, voceiro do BNG en Ordes, amosou a satisfacción por que a Xunta atenda a proposta do BNG e anunciou que vixiarán o cumprimento do compromiso efectuado polo goberno autonómico no Parlamento.

Rodeiro e García Liñares, nas obras de apertura do novo vial no polígono

dros de mando e control e a instalación dun reloxo astronómico para controlar o acendido e apagado da iluminación e incrementar o aforro enerxético sen restar efectividade ao servizo.

As obras no polígono do Acevedo son subvencionadas por unha orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria para mellorar a competitividade de compañías xa instaladas en polígonos industriais.


Crรณnicas - Decembro 2017

5

PUBLICIDADE


6

Crónicas - Decembro 2017

ACTUALIDADE TRAZO

CERCEDA Nunha explotación porcina en Carral e noutra de visóns en Cerceda

O PSOE pide que o alcalde xustifique o cobro de mil euros mensuais en dietas

A Garda Civil constata vertidos ilegais de granxas no Monte Xalo

Os socialistas de Trazo aseguran que o alcalde, José Dafonte (PP), está pasando ao Concello desde mediados de 2015 dietas por un importe próximos aos mil euros cada mes. Segundo o PSOE, o rexedor obtivo uns 6.000 euros por este concepto en 2015 e en 2016 a contía superou os 11.000 euros. Cren que durante este 2017 se estivo producindo a mesma situación. A concelleira Beatriz Domínguez asegura que “sorprende que todos os meses se pasen cantidades moi semellantes en dietas por viaxes e máis aínda sorprende que nos expedientes non figuren os xustificantes desas dietas”. Domínguez estima que entre retribucións e dietas “o alcalde tenlles costado aos veciños máis de 50.000 euros cada ano”. O PSOE califica a situación como “saqueo aos veciños e veciñas” e reclaman explicacións “ata o último detalle de que se está facendo cos recursos públicos do Concello”.

A granxa situada en Carral, de gando porcino, realizaba tamén verteduras continuas, neste caso desde unha balsa de almacenamento que non dispoñía dun sistema axeitado para evitar as filtracións ao terreo colindante, segundo a Garda Civil.

estrada DP 8401 (A Tablilla-Agro do Mestre), de titularidade provincial. A previsión é que a iniciativa sexa incluída no Plan provincial de Travesías 2017. As obras consistirán en construír uns 830 metros de beirarrúa polas dúas marxes. Incluirán as canalizacións para o servizo de saneamento, para recoller as augas da

chuvia, e para os sistemas de iluminación pública da zona. O goberno municipal destaca que este proxecto servirá para “dar un servizo importante ao núcleo” e para garantir a seguridade peonil. Asegura que o remate desta travesía era unha demanda veciñal coa que o goberno local estaba comprometido.

Vista dunha das balsas desde a que se desbordaban os puríns contaminantes

A Garda Civil informou da existencia de vertidos ilegais de excrementos gandeiros en dúas granxas situadas nas proximidades do Monte Xalo, unha en territorio de Cerceda e outra no municipio veciño de Carral. A explotación inspeccionada en

TORDOIA Con 170.000 euros dun plan provincial

Remate da travesía de Pontepedra A finalización da travesía do lugar de Pontepedra, a capital de Tordoia, está valorada en 170.000 euros. Así consta no proxecto que xa aprobou o pleno do Concello, co propósito de

Cerceda dedícase á cría de visóns. Segundo a Patrulla de Proteción da Natureza (PAPRONA) da Garda Civil, producía verteduras continuas de lixiviados ao terreo, que se orixinaban desde a zona de almacenamento dos excrementos.

FEITOS REITERADOS Os feitos supoñían poñer en risco tanto a calidade das augas superficiais como as subterráneas. Ante esta constatación, a Garda Civil trasladou estas “irregularidades administrativas” á Consellería de Medio Ambiente, en concreto a Augas de Galicia, e tamén á Consellería do Medio Rural, así como aos Concellos de Cerceda e de Carral. As dilixencias foron tamén remitidas á Fiscalía de Medio Ambiente por se os feitos puidesen constituír senllos delitos contra o medio ambiente. A razón é que non se trata dun acontecemento puntual, tendo en conta que as mesmas dúas explotacións foran obxecto de actuacións semellantes o pasado ano 2016.

que sexa incluído para a súa execución mediante un plan provincial. É a Deputación da Coruña a que se encargará de financiar os traballos, posto que a travesía pertence á


Crรณnicas - Decembro 2017

7

PUBLICIDADE


8

Crónicas - Decembro 2017

ACTUALIDADE ORDES Reunión do goberno municipal co conselleiro de Política Social

OROSO

Concello e Xunta estudan aumentar as horas do servizo de axuda no fogar

O PP acusa ao alcalde de “ditatorial” por unha lea no pleno e Mirás tíldaos de “absurdos”

Ordes incrementa nun 5,4% o número de horas de prestación do servizo de axuda no fogar, que se presta no municipio a través da Mancomunidade. O nivel de atención, segundo asegura o goberno municipal, aproxímase ao 99%, en concreto o 98,6% da demanda recoñecida. Os datos de evolución e a extensión actual deste servizo coñecéronse despois dunha reunión entre o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e a concelleira de Benestar Social, Susana García. O encontro, en dependencias autonómicas en Santiago de Compostela, serviu para analizar a situación doutros programas e servizos que a Xunta presta en Ordes, así como abordar posibles novas vías de colaboración no eido social. Entre outras novidades, falouse da contratación doutra persoa profesional da educación social, que se fará efectiva mediante o plan concertado entre as dúas administra-

O pleno de Oroso de novembro transcorría con normalidade ata que a tensión entre o goberno (PSOE) e o PP desembocou nunha rifa, un final accidentado da sesión e un cruce de acusacións de trazo groso na xornada posterior. A corporación debateu unha serie de propostas con escasa aplicación práctica por parte do Concello. Unha delas é a presentada polo PSOE en diversos Concellos para emprazar á Xunta a tomar medidas que revitalicen o rural e garantan a súa calidade de vida. Saíu adiante cos votos do goberno, BNG e Anova. O PP defendeu que moitas das propostas xa están sendo aplicadas polo administración autonómica. O principal grupo da oposición presentou a iniciativa de introducir o transporte escolar compartido no municipio e unha moción relativa á loita contra a violencia de xénero, coa proposta de promover campañas veciñais contra a lacra. As dúas iniciativas foron rexeitadas polo executivo local. O debate avanzou en termos previsibles. Cando se torceron as cousas foi na quenda de rogos e preguntas, na que, nun xesto inusual en calquera corporación, foi o goberno o que se dirixiu á oposición para recriminarlle “falsidades” e “alarmismo” con informacións críticas coa xestión do Concello que difundiu a través de diarios e das redes sociais. A situación fixo que o PP amagase con abandonar o pleno xusto no remate, cos concelleiros en pé cando o alcalde procedeu a levantar a sesión. Alexander Doval, portavoz do PP, manifestou ao día seguinte que “non imos consentir actitudes ditatoriais por parte do señor Mirás, nin moito menos que se nos falte ao respecto”. Doval explica que cando trataron de responderlle ao goberno no pleno o alcalde “perdeu os papeis, empezounos a gritar e impediunos falar”, no que considera “un exemplo máis” de que o rexedor ve o Concello como “o seu casarío”. Na súa réplica, Manuel Mirás advertiulle ao PP de que “facer xestos absurdos cara á galería non é facer política”. O alcalde cre que o PP quixo abandonar o pleno porque “o debate non lle saíu como quería”. Acusou á oposición de carecer de altura política para defender iniciativas no pleno, preferindo a prensa e as redes sociais.

OROSO

Augas de Galicia non autoriza habilitar un paseo fluvial a carón do Tambre en Sigüeiro Augas de Galicia non autorizou o proxecto para acondicionar un paseo fluvial na marxe dereita do río Tambre en Sigüeiro (Oroso). Segundo informa o Concello, o ente autonómico nega a colocación de dúas pasarelas sobre regatos porque se trata dunha zona inundable e que carece aínda dun plan de xestión de riscos. O alcalde, Manuel Mirás, lamentou a decisión e amosou a súa estrañeza porque Augas de Galicia “segue as indicacións do Servizo de Conservación da Natureza sobre as actuacións de roza e limpeza pero despois desautorízao e impide facer as pasarelas peonís, o que na práctica impide facer o paseo fluvial”. Conservación da Natureza emitira informe favorable ao proxecto en setembro, ofrecendo unha serie de indicacións. Pero Augas de Galicia rexeitouno atendeu as alegacións presentadas en novembro de 2016 por un veciño do municipio de Oroso, que o Concello identifica como J.M.M.P. e do que Mirás di que era dos que máis pedía o paseo e agora oponse.

Reunión do conselleiro de Política Social con integrantes do goberno de Ordes

cións. A Consellería aproveitou para lembrar que contribúe a manter as 74 prazas para nenos e nenas de ata tres anos que se ofertan na escola infantil municipal Sorrisos. Rey Varela explicoulles aos cargos locais durante este encontro que os

recursos económicos do seu departamento medran preto dun 9 % no vindeiro ano 2018 para a atención das persoas e os colectivos máis desfavorecidos, cando menos sobre a documentación dos Orzamentos da Xunta.

ORDES O BNG propoñía aforrar os 600.000 euros

A maioría do pleno aposta por seguir adiante co novo centro polivalente preto do paseo fluvial A maioría do pleno municipal de Ordes defende que siga adiante o proxecto de construír un centro polivalente a carón do paseo fluvial Ramiro Recouso. Ante a proposta do BNG para destinar a ese fin a nova Casa do Concello, agora que as obras na antiga están practicamente rematadas, votaron en contra o PP, o concelleiro do PSOE e o non adscrito Roberto González. Abstivéronse os catro representantes de UxO e a non adscrita Beatriz Martínez. O Bloque argumentaba que o antigo consistorio podería recuperar o seu uso de sempre, de xeito que a edificación traseira podería transformarse en centro sociocomunitario. O aforro sería de 600.000 euros, o que custa o novo edificio proxectado, ademais de evitar os gastos de mantemento que terá. O alcalde, José Luis Martínez

Sanjurjo, defendeu que no novo polivalente, que levará o nome de Isabel Cendal, poderán ofrecerse diversos servizos para o colectivo da terceira idade, ao incorporar dúas salas para actividades de envellecemento activo, unha sala multiusos e dependencias para o persoal de Servizos Sociais. O rexedor sinalou que a Consellería de Política Social subvencionará a maior parte dos 600.000 euros “aínda que contamos con conseguir que esa subvención se incremente”, dixo. Á vez, expuxo que as dúas casas consistoriais son precisas para albergar os traballadores sen a carencia de espazo actual que obriga a compartir despachos a dúas e ata tres persoas. O edil non adscrito González tamén remarcou a importancia de que os integrantes do goberno e da oposición conten con locais propios.


Crรณnicas - Decembro 2017

9

PUBLICIDADE


Crónicas - Decembro 2017

10

ACTUALIDADE MESÍA

COMARCA

O Concello reduce os tipos do IBI ao mínimo que permite a lei

A Deputación busca fondos europeos para a Vía Verde

O tipo de gravame do Imposto de Bens Inmobles (IBI) baixará en Mesía ao mínimo legal desde o próximo 1 de xaneiro. A medida foi proposta polo goberno local e aprobouse no pleno por unanimidade. O tipo para inmobles de natureza rústica quedará así no 0,30% do seu valor catastral e o de natureza urbana no 0,40%. Ata agora, os dous estaban no 0,45%. Non varía o tipo para bens de características especiais, como instalacións eléctricas ou telefónicas, que tributan o 1,30%. A baixada dos tipos é practicamente a única ferramenta que ten un Concello na súa man para limitar o alcance da suba dos valores catastrais aplicada por Hacienda. O alcalde, Mariano Iglesias, explica que “intentamos paliar na medida do posible os efectos do catastrazo sobre o imposto”. O paso dado polo Ministerio paulatinamente en todos os municipios fixo que se duplicase o número de recibos de urbana en

A Deputación da Coruña tratará de obter financiación europea para construír a Vía Verde sobre o antigo trazado ferroviario desde Cerceda ata Santiago de Compostela, pasando por Tordoia, Ordes e Oroso, completando uns 38 quilómetros de lonxitude. O proxecto está valorado en 3,3 millóns de euros. Forma parte dun plan director elaborado pola entidade provincial para fomentar a mobilidade ciclista na provincia. O plan servirá de base para solicitar fondos europeos FEDER dentro de axudas do Instituto para a Diversificación e o Aforro de Enerxía (IDAE). Aínda que non estaría limitada exclusivamente a usos ciclistas, senón que tamén está pensada para o sendeirismo, o certo é que a Vía Verde será unha opción moi idónea para o cicloturismo. Unha razón é que o seu percorrido carece de grandes pendentes. Pero quizais a máis importante é a da seguridade, posto que evitaría que os ciclistas que saian a adestrar teñan

FRADES

Establecen bonificacións fiscais para empresas que xeren postos de traballo O pleno de Frades aprobou por unanimidade bonificacións na contribución urbana, no imposto de actividades económicas e no imposto de construcións, instalacións e obras para novas empresas que se implanten no municipio ou empresas xa existentes que amplíen as súas instalacións, sempre que xeren postos de emprego. Nos tres impostos, os descontos poden ir desde o 50% ata o 95%, segundo o número de traballos que se creen. A rebaixa fiscal deberá ser soloicitada pola parte interesada e o Pleno do Concello decidirá sobre a súa concesión. O acordo supón a inclusión de Frades no protocolo Doing Business Galicia suscrito pola Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para favorecer a capacidade de atracción de empresas en territorio galego. O alcalde, Roberto Rey, asegura que é un dos primeiros Concellos en sumarse e que a aplicación do protocolo suporá un plus de puntuación para o Concello cando concurra a diversas subvencións e axudas autonómicas.

Mesía e que o valor catastral rústico pasase de seis millóns de euros en 2014 a catorce millóns de euros en 2015. O rexedor cuantificou que o ano que vén o Concello deixará de ingresar uns 20.600 euros no IBI urbano e uns 25.600 euros no rústico. “Debido a que temos unha boa situación financeira, e en aras a seguir sendo un dos Concellos da provincia con menor carga impositiva, Mesía pode permitirse esta redución dos tipos”, declara o alcalde. Iglesias indica tamén que “a medida beneficiará a toda a poboación, aminorando o impacto do catastrazo sobre as familias, os pensionistas e as pequenas e medianas empresas”. A ordenanza fiscal mantén as bonificacións no IBI para familias numerosas. Para as de carácter xeral, van desde o 30% ata 55% do imposto, e para as de carácter especial do 50% ao 75%. A bonificación é maior canto menor sexa o valor catastral do inmoble.

ORDES

OROSO

O novo acceso á AP-9 inunda zonas do polígono de Sigüeiro O aumento da superficie que ocupan as cabinas de peaxe da AP-9 en Sigüeiro (Oroso), xunto coa falta dun sistema axeitado para a recollida e evacuación das augas pluviais, ocasiona inundacións en varias rúas do polígono industrial próximo. A situación, directamente relacionada coas obras do novo acceso sur da autoestrada, evidenciouse co temporal Ana de hai uns días, que fixo que a auga anegase parcelas próximas á canle paralela ao acceso e chegase ao polígono a través das beiras da N-550. O Concello estima que co temporal chegaron a baixar desde a zona de peaxes ata uns 3,5 metros cúbicos de auga por segundo. O alcalde, Manuel Mirás, ofreceu a colaboración do Concello para buscar solucións. Non obstante, sinala que se trata dun “problema alleo” á Administración local, polo que adiantou que calquera facilidade que ofreza está condicionada a que non supoña

que circular polas marxes das estradas. Tamén resulta máis saudable, ao non ter que respirar os gases do tráfico rodado. Hai uns meses, a Deputación xa colaborara cos Concellos implicados nesta iniciativa para reactivala. Entón ofrecera os fondos precisos para elaborar e redactar o proxecto técnico e xa comprometera apoio técnico e económico para poñer en marcha a infraestrutura. A Vía Verde presenta no seu percorrido sete túneles e tres viadutos. Pasa polas antigas estacións ou apeadoiros da Sionlla, Berdía, Vilacide, Garga-Trasmonte, A Pontraga, Gorgullos e Queixas-Londoño. Sería a primeira vía deste tipo na provincia. O proxecto leva anos barallándose, pero nos últimos tempos deu pasos de importancia. Hai uns meses, Santiago logrou o compromiso do ADIF para desafectar os terreos. Oroso aprobou no último pleno o aluguer a unha cantidade reducida: 1.800 euros ao ano.

Treitos da estrada principal de Beán incorporan barreiras de protección

Barreira próxima á igrexa

Auga desde a peaxe ao polígono

ningún custo para o erario municipal. Por iso, empraza ao Ministerio de Fomento e a Audasa, concesionaria da AP-9, a aplicar medidas para regular ou aminorar o caudal vertido para evitar anegacións. O rexedor asegura que xa en maio advertira de que estes feitos poderían producirse.

A estrada principal que atravesa a parroquia de Beán (Ordes) incorporou barreiras de protección lateral en varios treitos, mediante un investimento ao que o Concello destinou uns 7.000 euros. As barreiras, que carecen de proteccións inferiores para motociclistas, situáronse en zonas próximas a regueiros e outros desniveis para evitar o risco de caída. O goberno local asegura que eran unha demanda veciñal. A estrada, ademais do tráfico local, é utilizada por xente da contorna como alternativa á N-550 para ir a Santiago por Sigüeiro.


Crónicas - Decembro 2017

11

ACTUALIDADE ORDES

COMARCA Completaron o traxecto entre Hospital de Bruma (Mesía) e Poulo (Ordes)

A Deputación equipará doce paradas para o autobús escolar do CEIP do Mesón do Vento

Estudantes do Maruxa Mallo percorren o Camiño Inglés

A Deputación da Coruña investirá algo máis de 33.000 euros para equipar doce paradas da ruta do autobús escolar do colexio de educación infantil e primaria (CEIP) do Mesón do Vento, en Ardemil (Ordes). O investimento foi recibido con satisfacción polo PSOE de Ordes, que detallou se financia con cargo aos remanentes que quedaron do Plan de Acción Social de 2015. A asignación foi aprobada como plan complementario pola entidade provincial a principios deste mes de decembro. Os socialistas de Ordes aseguran que esta dotación de marquesiñas na ruta escolar “é unha mostra máis do compromiso coa veciñanza de Ordes da Deputación Provincial dirixida por Valentín González Formoso”. Tal como expresan, será “unha actuación de gran utilidade, xa que permitirá que centos de nenos e nenas teñan un lugar no que acubillarse da choiva e do frío”.

Estudantes de segundo da ESO do instituto Maruxa Mallo, de Ordes, percorreron o traxecto do Camiño Inglés entre Hospital de Bruma (Mesía) e Poulo (Ordes). Estiveron acompañados, ademais de por mestres e integrantes da dirección do centro, polo delegado provincial da Xunta, Ovidio Rodeiro, e o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, entre outros cargos autonómicos e locais. Esta actividade tivo como fin promocionar a ruta xacobea que os alumnos e alumnas teñen máis próxima a eles. “Os escolares de hoxe son os peregrinos de mañá -segurou Rodeiro- e deben ser conscientes de que o Camiño é patrimonio de Galicia”. No traxecto, que seguiu o trazado oficial fixado en 2014, comprobaron os traballos de acondicionamento do firme, drenaxes e sinalización acometidos nos últimos meses pola Xunta desde Hospital de Bruma ata Santiago.

COMARCA

O FairWay impulsa a economía das rutas xacobeas FairWay, o Fórum sobre o Camiño de Santiago que se celebrou hai unhas semanas na capital galega, achegouse aos 4.000 asisten-

tes e propiciou unhas 1.500 reunións de traballo. Son as principais cifras desta segunda edición do evento, que levan á organización e

aos patrocinadores a concluír que era necesario. Celebrado no Pazo de Congresos e Exposicións de Santiago, o FairWay medrou un 20% con respecto á primeira edición. Favorecerá o Camiño cun maior coñecemento e

a diversificación de visitantes. Neste sentido, cabe destacar que o Camiño Inglés, que discorre por Mesía, Ordes e Oroso na nosa comarca, foi obxecto dunha viaxe de familiarización para touroperadores e prensa especializada.


12

Crónicas - Decembro 2017

ACTUALIDADE ORDES A obra é financiada maioritariamente pola Secretaría Xeral para o Deporte

O complexo deportivo de Vista Alegre suma un novo almacén para material rón das pistas de atletismo. A nova edificación, que será utilizada para gardar diverso material deportivo, complementa a outro almacén xa existente, tamén de pranta baixa. Presenta un estilo arquitectónico e uns acabados semellantes para que o conxunto teña unha imaxe homoxénea.

O novo almacén mantén a homoxeneidade arquitectónica co xa existente

O complexo deportivo de Vista Alegre, en Ordes, suma un almacén ao servizo das súas instalacións.

Conta cunha superficie duns 140 metros cadrados -ocupando 27 metros de lonxitude- e foi construído a ca-

VISITA A nova construción supuxo gastar case 60.500 euros, dos que a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta achegou uns 50.000. As obras foron visitadas pola secretaria xeral, Marta Míguez, acompañada polo delegado provincial da Xunta na Coruña, Ovidiio Rodeiro; o xefe do servizo provincial de Deportes, Roberto García; o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo; e a concelleira de Deportes ordense, Ana Soneira. Os distintos cargos efectuaron un percorrido polos traballos que se acome-

Visita de diversos cargos políticos ás instalacións de Vista Alegre

teron na principal infraestrutura deportiva ao aire libre coa que conta o municipio. O xefe provincial de Deportes aproveitou a visita, segundo o goberno municipal, para interesarse polo estado doutros equipamentos deportivos existentes no concello, entre eles os campos de fútbol existentes en diversas parroquias. Sen embargo, non trascendeu que se vaia realizar ningunha medida específica a curto prazo. Do mesmo xeito, García acudiu a comprobar o estado do céspede do campo de Vista Alegre e dos vestiarios.

Instalan unha pista multideporte nun extremo do Campo da Feira Un dos extremos do Campo da Feira, en Ordes, incorpora unha pista adaptada para a práctica de varios deportes, en concreto fútbol, baloncesto, voleibol e bádminton. O Concello investiu case 30.000 euros en instalar a infraestrutura, dispoñible para ser utilizada xa desde os primeiros días deste mes de decembro. A pista ten unhas dimensións de 14 x 19,5 metros. A súa superficie é de caucho e en todo o seu perímetro está equipada cunha reixa

de dous metros de alto para garantir a seguridade de quen a use máis dos peóns e vehículos que circulen pola zona. Nos fondos de porterías, a barreira de seguridade elévase ata os tres metros. O acceso á pista efectúase por un dos laterais. A área pintouse en diversas cores, co vermello para a base e o gris para as áreas. Entre o seu equipamento, cabe destacar a instalación de aros, de taboleiros, de porterías brasileiras e de porterías para fútbol sala.

A pista multideporte ten unhas dimensións de 14 x 19,5 metros

Benquerido veciño/a: Quero aproveitar estas datas de Nadal para enviarche un afectuoso saúdo dende o Concello de Oroso e convidarte a participar con nós nas distintas actividades que temos preparado para celebrar estas festas como unha gran familia. Campamentos de conciliación, belén vivente, concurso de postais navideñas, obradoiros de Nadal, mercado de artesanía, concurso de escaparates, concertos de panxoliñas e da escola de música José Verea, gran cabalgata de Reis... Só tes que consultar a nosa web (www.concellooroso.com) ou non noso Facebook para escoller aquelas que máis che gosten. Nós estaremos encantados de contar contigo. Ademais, co gallo da reedición do Mercado de Artesanía e do Concurso de Escaparates de Nadal, aproveito para convidarte a mercar no comercio do noso pobo. Porque mercar no noso comercio non é so garantía de calidade, bo prezo e mellor atención, senón que así conseguimos que esas compras xeren riqueza no noso municipio. En nome da corporación municipal de Oroso, deséxoche un Bo Nadal e un ventureiro ano 2018. Manuel Mirás Franqueira.Alcalde de Oroso.


Crónicas - Decembro 2017

13

ACTUALIDADE Unha anciá falece atropelada por un camión cruzando por Alfonso Senra Unha muller de 86 anos de idade faleceu atropelada por un camión cando cruzaba a Avenida de Alfonso Senra en Ordes, aproximadamente á altura do número 30, preto xa da saída da vila cara á Coruña. O atropelo sucedeu na tarde do 12 de decembro. Supostamente, a vítima, residente na zona, trataba de cruzar por un lugar indebido cando foi alcanzada polo vehículo. Varias testemuñas indicaron que o camión tiña matrícula portuguesa e que o condutor non se decatou do sucedido ata que o avisaron uns metros máis abaixo. Por suposto, permaneceu no lugar dos feitos. Ata alí, tras ser alertados, desprazáronse os servizos de emerxencia, tanto responsables das forzas de seguridade para colaborar na regulación do tráfico como efectivos sanitarios, que só puideron confirmar o falecemento da veciña.

ORDES Veciño da Coruña, tiña o permiso de conducir suspendido temporalmente

Interceptado en Ordes un condutor que ía pola AP-9 en zig-zag e sen luz Un condutor que circulaba pola AP-9 foi interceptado en Ordes por Tráfico despois de que outros usuarios da autoestrada alertasen de que ía coas luces do coche apagadas pese á falta de visibilidade e facendo eses pola estrada. O despregue da Garda Civil permitiu que unha patrulla lograse localizar o Citröen Xsara azul á altura de Ordes. Nun primeiro momento, o condutor non lle fixo caso ás indicacións dos axentes, pero despois foi posible deter o vehículo e identificalo. Era un veciño da Coruña, de 42 anos de idade, con antecedentes policiais por delinquir contra a seguridade do tráfico. De feito, tiña o permiso de conducir suspendido temporalmente. Nas probas que lle practicaron, deu un elevado grao de impregnación alcohólica. En concreto, chegou aos 0,89 mg de alcohol por litro de aire espirado, practicamente catro veces máis do máximo permitido. O equipo de atestados e informes de Tráfico da Coruña iniciou xa

Nas probas de Tráfico, o condutor deu 0,89 mg de alcohol por litro de aire espirado

na mesma xornada, o pasado 17 de novembro, a instrución das dilixencias policiais para entregalas no xulgado de Ordes, aprezando a comisión de cando menos dous ilícitos penais. A Garda Civil asegura que o condutor podería enfrontarse, polo seu nivel de alcoholemia, a penas de prisión

de entre tres e seis meses, ou unha multa e a prohibición de conducir de un a catro anos. Por circular co permiso suspendido, podería recibir entre tres e seis meses de cárcere, unha multa ou ata tres meses de traballos comunitarios. Á parte estarían as sancións por ir sen luces e en zigzag.


14

Crónicas - Decembro 2017

ACTUALIDADE ORDES

ORDES Invisten 152.000 euros en repoñer o firme e reforzar puntos concretos

A Deputación equipará doce paradas para o autobús escolar do CEIP do Mesón do Vento

Posta ao día da pista da Espenica a Sar

A Deputación da Coruña investirá algo máis de 33.000 euros para equipar doce paradas da ruta do autobús escolar do colexio de educación infantil e primaria (CEIP) do Mesón do Vento, en Ardemil (Ordes). O investimento foi recibido con satisfacción polo PSOE de Ordes, que detallou se financia con cargo aos remanentes que quedaron do Plan de Acción Social de 2015. A asignación foi aprobada como plan complementario pola entidade provincial a principios deste mes de decembro. Os socialistas de Ordes aseguran que esta dotación de marquesiñas na ruta escolar “é unha mostra máis do compromiso coa veciñanza de Ordes da Deputación Provincial dirixida por Valentín González Formoso”.

O remate das obras na estrada entre A Espenica e Sar, en Ordes, é inminente. Os traballos comezaron a finais de novembro e o Concello estima que, coa axuda da meteoroloxía, rematarían antes da fin de ano. A entidade local explica que inviste 152.000 euros neste proxecto, incluíndo o IVE. Son fondos procedentes do remanente municipal do exercicio financeiro de 2016. As obras permiten mellorar a capa de rodaxe nun treito duns 2,2 quilómetros de longo, ao que hai que engadir uns 300 metros cadrados de sobreancho. A intervención consistiu en reparar as fochancas existentes, perfilar as mordentes con grava e asfalto e finalmente aplicar aglomerado quente para acadar unha superficie homoxénea e apta para a circulación estable e segura dos vehículos. En puntos concretos, a estrada foi reforzada con pavimentación especial. Trátase sobre todo dun tramo

ORDES

Obras na Rúa Nova desde Rosalía ata Os Lagartos A segunda fase das obras de remodelación da Rúa Nova de Ordes xa comezou. Corresponde ao tramo entre a Rúa Rosalía de Castro e a Rúa dos Lagartos. O investimento que recibe suma uns 125.000 euros, procedentes de remanente municipal do exercicio do ano pasado.

Con estes traballos, construiranse uns 600 metros de beirarrúas nas dúas marxes, a razón duns 265 metros por cada lado. Levarán un bordo de granito e lousas de formigón, coas que se reempraza o material antigo, xa bastante deteriorado. Non obstante, un dos aspectos

Os traballos facilitarán a condución segura pola estrada local da Espenica a Sar

de 100 metros de longo e 3,50 metros de anchura, nos que se aplicou grixo e doce de formigón. Noutros 300 metros de cuneta, situouse un revestimento de formigón e canalizáronse as augas pluviais mediante unha tubaxe de PVC, ademais de colocar arquetas con sumidoiro para garantir a correcta recollida e eva-

cuación da chuvia. O proxecto non esquece tampouco limpar as gabias e as salvagabias para facilitar a drenaxe da auga tanto en sentido lonxitudinal como transversal. O remate é o pintado e a sinalización da estrada tras adaptar os pozos e arquetas instalados á nova rasante que presenta o vial ao ser asfaltado.

de maior interese da obra é que renova as canalizacións de abastecemento de auga da rúa, na que con moita frecuencia se viñan producindo avarías e interrupcións no servizo. Está previsto canalizar 567 metros de tubaxes de polietileno, ademais das válvulas e arquetas precisas. Unha extensión semellante, uns 530 metros, téñena as novas conduccións para darlle servizo ao sistema de iluminación pública.

Os traballos, que continúan o xa feito no resto da rúa, execútanse respectando un muro de peche que invade parte da beirarrúa. O BNG solicitara aproveitar para o seu retranqueo e o alcalde explicou que xa asumira a necesidade dese paso, se ben estaba á espera da resposta da propiedade do solar, posto que a obra estaba “consolidada desde hai varias décadas”, incluso antes das normas urbanísticas actuais.


Crรณnicas - Decembro 2017

15

PUBLICIDADE


16

Crónicas - Decembro 2017

ACTUALIDADE COMARCA O BNG cre que non se respectou a igualdade de oportunidades e o goberno nega irregularidades

Controversia pola suposta falta de transparencia na selección de persoal do obradoiro Ordes-Frades A sospeita envolve o proceso de selección de persoal para o obradoiro de emprego Ordes-Frades II. O BNG aprezou supostas “irregularidades” e o goberno de Ordes asegura que todos os trámites cumpriron as bases do proceso. Os nacionalistas cren que a principal irregularidade foi que a varias persoas preseleccionadas notificáronlles o mesmo día que remataba o prazo para presentar a documentación puntuable. Deste xeito, foi “vulnerada totalmente a igualdade de oportunidades que debe existir en calquera proceso de selección, posto que existe xente que non recibiu a puntuación que merecía ao non poder presentar a documentación en prazo”, asegura Pablo Vidal, portavoz do BNG en Ordes. Para o Bloque, produciuse unha “total destrución do principio de igualdade”, polo que considera que o proceso de selección debería re-

RESPOSTA A concelleira de Traballo de Ordes, Susana García, desbotou repetir o proceso ou ampliar o prazo. Na súa resposta ao rogo do BNG en pleno, García expuxo os pasos dados no proceso de selección do obradoiro compartido polos dous Concellos. Segundo a concelleira, convocáronse tres candidatos por cada praza dispoñible no obradoiro de emprego. “En total enviáronse por correo 156 comunicacións o mesmo día, das cales unicamente non foron recollidas dúas delas xa que foi imposible localizar aos destinatarios”, asegurou. Ademais de presentar a certifica-

TRAZO

ORDES O non adscrito Caamaño vota a favor das dedicacións do executivo

O goberno tomba a proposta do BNG que reclamaba solucións aos cortes de luz

Restablecen o número de comisións informativas e as retribucións de asistencia

A proposta presentada polo BNG de Trazo para que o Concello emprazase ás compañías eléctricas a evitar os frecuentes cortes do servizo foi rexeitada polo grupo de goberno, do PP. Ao contar con maioría absoluta no pleno municipal, a iniciativa decaeu. Os nacionalistas pedían que o Concello instase ás empresas a efectuar os arranxos con urxencia. E de non facelo antes de rematar o ano, propoñían tomar as medidas legais pertinentes. Ante o rexeitamento da súa moción, o portavoz do BNG en Trazo, Martín Rei, afirma que ao PP “impórtanlle máis as compañías eléctricas que a xente á que representa”. O representante do Bloque anticipa que seguirán “traballando para que os problemas se solucionen a pesar de que o PP prefira que nos quedemos sen luz antes que darlle un tirón de orellas a Fenosa”, di. Os cortes ou a falta de potencia eléctrica prodúcense con bastante frecuencia en varias parroquias. O BNG teme que se incrementen cando veñan temporais.

petirse ou cando menos ampliar o prazo para a documentación e que as persoas afectadas puidesen obter así a puntuación correspondente aos seus méritos reais e non só os que lles deron tempo a xustificar.

Os conflictos de organización interna derivados da crise do goberno local, coa marcha de dous concelleiros do PP ao grupo de non adscritos, están pechándose co restablecemento da maioría das decisións tomadas ao comezo do mandato. Despois de que varias sentenzas recoñecesen a competencia expresa da Alcaldía para designar a representación do Concello en órganos externos, agora é o momento das comisións informativas en que se orga-

ción de Correos da entrega das cartas dentro do prazo previsto nas bases, a responsable municipal asegurou que no día do pleno, a finais de novembro, non constaba ningunha reclamación oficial. García defendeu que o proceso estivo supervisado por unha comisión mixta, na que participan persoal do INEM e técnicos dos Concellos de Frades e de Ordes. Segundo a concelleira, atendeuse sempre “o criterio de igualdade de oportunidades”. “MOI DESCARADO” Sen embargo, persoas que participaron neste proceso e nos de obradoiros de emprego anteriores na comarca, discrepan de que a selección se efectúe cun mínimo de pulcritude. Unha candidata a un dos postos declara a Crónicas que cando menos nos dous últimos anos a carta sempre lle chegou a véspera do límite do prazo. Ademais, expón que

niza a corporación, así como as retribucións por asistencia aos órganos municipais e as dedicacións exclusivas e parciais do executivo. Anúlanse así os acordos do pasado marzo e vólvese aos de xullo de 2015, de xeito que as comisións informativas pasan de dez a tres: Contas, Facenda e Persoal; Obras e Urbanismo; e Asuntos Xerais do Pleno. As tres cun representante por partido máis os non adscritos, todos con voto ponderado. Votaron a favor to-

aínda que sempre presenta a mesma documentación, sen alterar nada no currículo, déronlle “sempre puntuacións totalmente distintas”. A mesma fonte detalla que no ano pasado houbo candidatos e candidatas que foron chamados para a entrevista persoal “no propio día, habendo xente que non puido asistir por non encontrarse en Ordes” ou que tivo que saír de urxencia para chegar co tempo moi xusto. A conclusión desta testemuña é que o funcionamento do proceso “é moi descarado”, algo que fundamenta tamén en que en determinados postos do equipo docente e administrativo “entran sempre as mesmas persoas”. Outra fonte, que preserva a identidade, pon en dúbida a propia comisión mixta, apuntando o parentesco de técnicos con cargos políticos da zona e incluso cuestionando que reúnan formación para tal tarefa.

dos os grupos, a non ser as abstencións de UxO e os non adscritos Roberto González e Beatriz Martínez. En canto ás dedicacións exclusivas e parciais, restableceuse o acordo de comezo do mandato. Todos os edís abstivéronse, a non ser o PP e o non adscrito Luis Caamaño, elixido en 2015 nas listas do PP, que votaron a favor. Os importes por asistencias a plenos, comisións ou consellos recibiron voto a favor do PP, BNG e Caamaño, e a abstención dos demais.

ORDES Recolleranse tanto recursos públicos como veciñais para plans futuros

Identificarán todos os servizos de auga O pleno de Ordes aprobou por unanimidade unha proposta do BNG para recoller en planos todas as redes de servizos de abastecemento e saneamento de augas existentes no municipio, tanto das de carácter público como as de natureza veciñal. Os nacionalistas consideran que o inventariado, que estaría dispoñible a través da páxina web municipal, “é básico para poder deseñar e planificar con eficacia futuras actua-

cións no rural, orientadas á dotación de redes de saneamento ou abastecemento de auga”. A proposta que finalmente se aprobou inclúe unha emenda da concelleira non adscrita Beatriz Martínez para elaborar un plan integral de saneamento e de abastecemento de todo o municipio, que permita definir os tramos que precisan unha intervención máis inmediata e estimar o seu custo.

O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, recoñeceu a importancia da moción, aínda que expresou as súas reservas sobre como se podería materializar nos termos nos que se formulou e aprobou. Neste sentido, o rexedor ordense anunciou que o primeiro que fará é consultar se xuridicamente é factible porque “estamos falando de propiedades privadas onde non se poden investir cartos públicos”.


Crรณnicas - Decembro 2017

17

PUBLICIDADE


18

Crónicas - Decembro 2017

ACTUALIDADE ORDES Unha ponte, dúas igrexas, un castro, unha casa tradicional e un hórreo

Solicitarán declarar Ben de Interese Cultural varios elementos patrimoniais a protección, mantemento e recuperación dos diversos elementos. A ponte medieval de Pereira, as igrexas de San Paio de Buscás e San Xiao de Poulo, o Castro da Margarida e a Casa de Maldonado onde pernoctou Felipe II en 1554 son os casos que presentou a moción socialista, se ben o BNG advertiu de que a relación podería incrementarse con construcións como o hórreo de Bello, situado en Pereira. Os socialistas lembraron que Ordes non conta con ningún monumento que teña a declaración de BIC, o que fai que o Concello non poida solicitar fondos específicos do goberno central ou axudas doutras administracións para conservar e manter o patrimonio cultural. Detalle da igrexa de San Paio de Buscás, unha das posibles aspirantes a protección

CATALOGACIÓN Non foi a única proposta sobre patrimonio cultural que se tratou no pleno municipal, posto que tamén por unanimidade aprobouse a proposta da concelleira non adscrita Beatriz Martínez para poñer ao día o

catálogo que recolle este tipo de elementos. A intención é que se faga antes da aprobación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Martínez considera que o goberno municipal debería tramitar un expediente de modificación dos bens catalogados que realmente existen. Segundo explicou, en numerosos casos o catálogo municipal non está actualizado, o que obriga a miúdo a dilatar o procedemento para tramitar licenzas urbanísticas. A moción de Martínez empraza tamén á Xunta a elaborar un plan de protección dos bens catalogados, no que se incluiría a sinalización de cada un, explicando no seu emprazamento a clasificación, declaración e catalogación da que gozan. Martínez Candal cre que a Xunta debería facer extensiva esta acción a toda Galicia. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, explicou que o Plan Xeral que se está tramitando incrementa nun 40% os bens catalogados. O goberno ordense manifesta que este foi un “aspecto decisivo para que no seu día [o PXOM] contase co apoio dos nacionalistas na súa aprobación”. Martínez Sanjurjo sinala neste sentido que os bens patrimoniais deben verse como “un motor para a riqueza do mundo rural”, un factor esencial que xustifica o seu estudo, clasificación, protección, coidado e promoción.

Varios expoñentes do patrimonio histórico de Ordes poderían chegar a ser considerados Ben de Interese Cultural (BIC) se prosperan as solici-

tudes que planea o Concello de Ordes. No pleno, a proposta do PSOE, aprobouse por unanimidade que se efectúen as peticións para favorecer

TRAZO

COMARCA Medio Rural achegou 90.000 euros a cada Concello para mercalos

O centro de saúde do Agro do Mestre perde máis da metade do seu horario de atención

Mesía e Trazo estrean os tractores para rozar que lograron na Xunta

O horario de atención sanitaria no centro de saúde do Agro do Mestre, en Trazo, pasou de seis horas diarias a menos de tres horas. A esta situación chegouse despois de que o médico titular se prexubilase. Foi reemprazado por unha doutora en interinidade, que atendeu o servizo ata outubro con normalidade. Agora, incorporouse outra facultativa coa praza en propiedade e con redución de xornada, o que afecta ao tempo de atención. Os socialistas de Trazo reclaman que a Xunta ofreza unha solución. A súa portavoz, Beatriz Domínguez, precisa que a redución de xornada da nova profesional “é lexítima e defendemos o dereito da doutora a ela”. Pero sinalan que a Xunta debe cubrir dalgún xeito as horas perdidas. Rexeitan a proposta do SERGAS para derivar pacientes a Viaño Pequeno, polos desprazamentos e porque tamén se podería colapsar. O PSOE presentou unha pregunta no Parlamento de Galicia sobre o tema.

Os Concellos de Mesía e de Trazo estrean estas semanas os seus novos tractores e máquinas de desbroce para tarefas de roza e prevención de incendios, que obtiveron a través de senllos convenios coa Consellería do Medio Rural. Cada un dos Concellos dispuxo de 90.000 euros para adquirir a maquinaria. O único gasto que non lles financia a Xunta é o IVE, que recae no erario municipal. En toda a provincia da Coruña, son doce os Concellos beneficiados por estes convenios. Mesía e Trazo son os únicos da comarca ordense que os rubricaron. Medio Rural explica que escolleu que Concellos podían acceder a estes convenios entre as de menos de 10.000 habitantes. Valorou ademais o número de entidades de poboación, o uso en común por máis dun municipio, que non recibisen motobombas novas de Medio Rural nos últimos cinco anos, e tampouco máis de 90.000 euros en 2017 no fondo de compensación ambiental. Do mesmo xeito, os Concellos ti-

Entrega das chaves do tractor de Mesía por parte da firma adxudicataria ao alcalde

ñan que ter subscrito o convenio sobre prevención e defensa contra incendios forestais durante os anos 2016, 2017 e 2018, ter rexistrada algunha parroquia de alta actividade incendiaria, ou ter predios recoñecidos da titularidade na Lei de Mellora Territorial Agraria de Galicia.

Por outra parte, o alcalde de Frades, Roberto Rey, entrevistouse hai uns días coa conselleira do Medio Rural, Ánxeles Vázquez, na procura de colaboración para conseguir nova maquinaria para traballos de limpeza forestal. A conselleira remitiuse a próximas convocatorias de axudas.


Crónicas - Decembro 2017

19

ACTUALIDADE ORDES

OROSO

O alcalde asegura no xantar anual do PP que “cumpre” os compromisos electorais

Licitan as beirarrúas cara ao Refuxio e na Rúa do Barreiro, con cargo a un plan provincial

O xantar anual do PP de Ordes reuniu no Mesón do Vento unhas 330 persoas. O prato principal do menú político foi a proclamación dos compromisos electorais “cumpridos”, segundo a intervención do alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo. Acompañado por Diego Calvo, responsable provincial do partido, o rexedor sinalou a reparación da estrada de Ordes a Cerceda por Mercurín, a aprobación inicial do Plan Xeral, a mellora das finanzas locais, a rebaixa do tipo do IBI, melloras en instalacións deportivas e educativas, o futuro albergue de peregrinos, o

A creación de beirarrúas no Camiño do Refuxio e na Rúa do Barreiro, máis a construción dun patio cuberto nos terreos do colexio infantil de Sigüeiro, foron licitados por importe duns 238.000 euros dentro do Plan Único da Deputación da Coruña en Oroso. O conxunto do plan destina ao municipio este ano uns 905.000 euros. Ademais das obras que saíron a concurso recentemente, o Concello financiará con estes fondos melloras na rede viaria das parroquias de Trasmonte, Vilarromariz, A Gándara e Calvente, xunto coa reurbanización da Rúa Tras da Torre, en Sigüeiro. Uns 49.000 euros reserváronse para reducir a débeda municipal. As beirarrúas no Camiño do Refuxio teñen un orzamento total de case 126.000 euros. Na Rúa do Barreiro, o investimento acada ata 70.000 euros. E o paso cuberto entre a parte traseira do CEIP e o polideportivo municipal supón uns 83.000 euros.

Vista xeral do xantar, nun restaurante do Mesón do Vento, cuns 330 participantes

próximo centro sociocomunitario e obras na rede viaria e auga como algúns dos avances deste mandato, ao que lle queda un ano e medio. Martínez Sanjurjo manifestou tamén que “de aquí ao remate da lexis-

latura municipal todos os veciños, nas aldeas e na vila, terán ao seu carón e poderanse beneficiar dalgunha obra impulsada polo Concello para superar o déficit dos oito anos de UxO”.

ORDES Os proxectos están valorados en 1,26 millóns de euros

O pleno aproba as obras que incluirá en 2018 o principal plan provincial O pleno de Ordes xa aprobou os proxectos que pretende incluír no plan POS+ 2018 da Deputación da Coruña. Son investimentos que en conxunto suman case 1.260.000 euros, achegados maioritariamente pola entidade provincial. En Montaos prevén melloras nos camiños de Vixide a Chan, de Piñeiro e Carrás a Oroso, da vía que parte da N-550 con dirección a Queis, do camiño de Queis ao Piñeiro, o que vai á

capela de Santo Antón (Guindiboo), e o acceso ao campo de fútbol. En Leira, Ardemil, Parada, Lesta e Poulo están proxectadas obras do camiño que da N-550 á Folgueira, a pavimentación interior da Adina, unha senda peonil paralela á N-550, os accesos ao Menllo e a Xermiñas, a vía de Cestaños ata Tordoia, e os interiores na Calle de Poulo e o acceso no Cruceiro. Outras obras programadas son o

abastecemento dende O Mesón do Vento ata a zona de Castrelos e os núcleos da zona. En Vilamaior, aprobouse mellorar o interior e o ramal de Adrán, a pista que do Casal á Igrexa e a pista do Coto á capela do Socorro, así como do acceso á Ameixeira desde a pista principal. O POS+ recibiu o apoio dos diferentes grupos políticos, a non ser a abstención do BNG, que viu incluídas varias propostas pero reclamou o

compromiso do alcalde para, con outros fondos, substituír as conducións de auga na Rúa de Galicia e un grupo de presión para o abastecemento en Queis. O rexedor aceptou. Aínda votando a favor, a non adscrita Beatriz Martínez demandou asfaltar tres accesos a zonas habitadas de Lesta, Ardemil e Reboredo.


Crónicas - Decembro 2017

20

ECONOMÍA E TRABALLO EMPRESA Manuel Verea Garea e Lucía Verea García son nomeados para dirixir dúas áreas de nova creación

Cerámica Verea reforza o equipo directivo coa incorporación da terceira xeración a novas áreas O Consello de Administración de Cerámica Verea, empresa radicada en Lanzá (Mesía), acordou reforzar o equipo directivo coa creación de dúas novas áreas. Manuel Verea Garea sitúase como director Comercial e Lucía Verea García é a directora de Comunicación e Deseño. Con estes dous curmáns, comeza a incorporarse a postos executivos a terceira xeración familiar da compañía, fundada en 1967 por Luis Verea. Segundo a firma, os nomeamentos responden “ao obxectivo de preparar a empresa para afrontar os novos retos surxidos pola expansión no mercado exterior, que na actualidade xa asume o 50% do volume de facturación”.

Manuel Verea Garea e Lucía Verea García intégranse na dirección da cerámica

PERFÍS Manuel Verea Garea encargarase de coordinar a estratexia comercial da compañía, con especial atención a Galicia e o resto de España. É licenciado en enxeñería civil e estrutural, postgrao en Xestión e Tecnoloxía Empresarial pola Universidade da Co-

ruña e especialista en Business Intelligence and Analitics. Ata agora, a súa carreira profesional desenvolveuna na análise empresarial, o diagnóstico comercial e a minería de datos, coñecementos que lle serviron para mellorar a rendibilidade comercial de empresas do sector financeiro, con-

da área do Caribe. É grao superior en Deseño e Arquitectura de Interiores por ESNE-Universidad Camilo José Cela de Madrid e experta europea en Escaparatismo e Visual Merchandising. A súa carreira profesional transcorrera ata agora en sectores como o retail ou o equipamento de interiores e o contract. Traballou como Visual Merchandiser no departamento de Communication & Interior Design da multinacional Ikea na Coruña. Desempeña desde 2016 tarefas de delineante e deseño de interiores en Verea.

sumo de enerxía e servizos. Verea Garea xa realizara un proxecto de Business Intelligence en Verea en 2016. Lucía Verea García será a responsable da área de Comunicación e Diseño para os diferentes mercados nos que Verea está presente, como Estados Unidos e os países

A EMPRESA Verea está ubicada nun complexo industrial duns 300.000 metros cuadrados en Lanzá (Mesía), distribuídos entre tres liñas de produción con capacidade para fabricar cincuenta millóns de tellas ao ano. Conta cunha planta preparada para moer máis de 200.000 toneladas anuais e dous patios de almacenamento. A compañía factura oito millóns de euros e emprega a 47 persoas.

A telleira inicia a exportación dun novo modelo para a zona caribeña Caribbean S. Así se chama o novo modelo de tella que Verea xa comercializa nos Estados Unidos e nos países do Caribe, e que foi precisamente deseñado para responder ás condicións meteorolóxicas adversas propias do clima desa zona.

O primeiro envío deste modelo tivo como destino Miami. Son 54.000 tellas embarcadas no porto de Vigo. Unha das liñas de produción da factoría de Verea en Mesía funciona a tempo completo desde principios de novembro para fabricar ata un millón

deste modelo en tres meses. Estados Unidos e os países do Caribe son uns dos mercados de exportación nos que a firma máis medra, con 442 contedores ata outubro, un 32% máis que no mesmo periodo de 2016. A empresa prevé pechar 2017

con máis do 50% da súa facturación no exterior, tras incrementar a cota de mercado en Centroamérica e iniciar as vendas a Chile e Rusia. Xa está presente en 29 países, con República Dominicana e Panamá como principais mercados.


Crรณnicas - Decembro 2017

21

PUBLICIDADE


Crónicas - Decembro 2017

22

ECONOMÍA E TRABALLO GANDERÍA A depreciación do leite galego manteno nuns 6 céntimos por litro menos

Unha granxa media gañaría 19.000 euros máis ao ano a prezos europeos Unha granxa de vacún de leite galega media deixa de ingresar uns 19.000 euros ao ano pola situación xa crónica de baixos prezos non só con respecto ao conxunto de España, senón tamén a practicamente todo o territorio da Unión Europea. A depreciación da produción galega, pese a unha moi tímida recuperación nos últimos meses, mantén o litro de leite en 31,7 céntimos por litro, uns seis céntimos por debaixo dos mercados europeos, máis asentados aínda que tamén suxeitos a etapas de volatilidade. Eses seis céntimos convértense ao cabo do ano nuns 19.200 euros que non chegan ao peto do Gandeiro nunha granxa media que produza uns 320.000 litros anuais. Esta sería a explotación estándar co ritmo de produción do mes de outubro, o último do que o Ministerio publicou datos. Cotexando coa media española (32,8 céntimos por litro), o diferencial de prezos rexistrado en outubro deixa o leite galego en algo máis dun céntimo por debaixo. No conxunto

Os prezos das producións gandeiras non dan superado a crise dos últimos anos

do ano, na mesma granxa media, supón uns 3.500 euros menos. Mentres a Administración defende que a evolución comeza a ser positiva despois de varios anos de crise e mesmo afundimento de prezos, as entidades agrarias e gandeiras insisten en que hai unha carencia to-

tal de políticas efectivas para o sector. Poñen como exemplo o fracaso dos contratos obrigatorios á hora de contribuír tanto á suba de prezos como incluso á transparencia do mercado, ou a que xulgan como escasa implicación do goberno fronte aos efectos da prolongada seca.

PREZOS DO LEITE

OUTUBRO/SETEMBRO (€/litro) Galicia Andalucía Aragón Asturias Baleares Canarias Cantabria Castela-A Mancha Castela e León Cataluña Extremadura Madrid Murcia Navarra Euskadi A Rioxa Valencia ESPAÑA

0,317 0,338 0,318 0,347 0,316 0,450 0,326 0,341 0,330 0,324 0,328 0,337 0,327 0,336 0,346 0,343 0,339 0,328

0,311 0,335 0,317 0,343 0,317 0,450 0,318 0,331 0,322 0,317 0,323 0,325 0,321 0,330 0,343 0,340 0,333 0,322

MEDIAS ESPAÑA OUTUBRO 2013 0,388 2014 0,342 2015 0,310 2016 0,306 2017 0,328

PRODUCIÓN OUTUBRO 2016

2017

Galicia 209.581 tn 220.852 tn España 552.298 tn 574.340 tn Fonte: FEGA (30-11-2017)


Crรณnicas - Decembro 2017

23

PUBLICIDADE


24

Crónicas - Decembro 2017

XENTE DE AQUÍ ORDES Homenaxe á primeira enfermeira internacional, natural da Agrela (Parada)

Placa e monumento para Cendal Novos actos de homenaxe á figura de Isabel Cendal Gómez, filla predilecta de Ordes, considerada a primeira enfermeira en misión internacional coa súa participación na Expedición Balmis, que fai 214 anos expandiu a vacina contra a varíola por todo o mundo. Nesta ocasión, o Concello colocou unha placa de recoñecemento na aldea da Agrela, en Parada, considerado lugar de nacemento de Cendal. Ademais, erixiu un monólito no seu recordo no parque infantil Félix Rodríguez de la Fuente, na vila. Os dous elementos destacan a importancia que o labor de Cendal tivo para o conxunto da humanidade, dentro da pretensión de divulgar a súa figura entre a sociedade. Os dous actos de homenaxe, o 30 de novembro, día no que se cumpren os anos da partida da Expedición Balmis desde o porto da Coruña, reuniron numerosos veciños e veciñas, e tamén familiares de Cendal. Estiveron presentes diversos concelleiros da corporación, encabezados polo alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo; o secretario da asociación coruñesa Isabel Cendal, Fernando Fernández; Antonio López Mariño, historiador, investigador e xornalista; Ana García Campos, vicepresidenta do Colexio Oficial de Enfermería da Coruña; o párroco de Parada, Francisco López; e os exalcaldes Manuel Viqueira e Teodosio Martino. O historiador e xornalista López Mariño desexou que a xente máis nova siga investigando na figura de Cendal. O alcalde apelou “á suma de

A serie 22 ángeles, nominada nos premios MIM

A serie 22 ángeles, que emitiu TVE na primavera de 2016, foi nominada á mellor miniserie ou ‘tv-movie’ nos premios MIM, impulsados polo sector de guionistas e directores agrupados en DAMA. A serie recreaba a Expedición Balmis, que utilizou orfos ao coidado da filla predilecta ordense para portar a vacina da varíola a América. A actriz María Castro interpretou a Cendal nesta produción.

Pedreira, designación honorífica en México

Descubrimento da placa en Parada e do monolito no parque Félix R. de la Fuente

todas as forzas para situar a Isabel Cendal no lugar que merece na historia e dala a coñecer para toda a sociedade”, manifestou.

A figura de Cendal motivou o recente inrmandamento entre Ordes e Veracruz (México), primeiro lugar de América ao que chegou a expedición.

Aos actos de homenaxe non faltou o exconcelleiro socialista Jesús Pedreira, que no seu día impulsou a recuperación e recoñecemento de Isabel Cendal. De feito, foi un dos encargados de descubrir a placa. Pedreira foi nomeado hai pouco presidente honorífico da Asociación Isabel Cendal en México, país no que a enfermeira de orixe ordense conta cunha ampla consideración. O alcalde felicitouno e agradeceulle o traballo desempeñado.


Crónicas - Decembro 2017

25

ÁMBITO SOCIAL

Máis de 300 familias de Ordes, Melide e Arzúa son usuarias da Tarxeta Benvida da Xunta de Galicia

Os Orzamentos autonómicos de 2018 confiren un novo impulso a medidas de conciliación como os bonos Concilia e Coidado, entre outros

A Consellería de Política Social ten entre as súas liñas de actuación prioritarias fomentar a conciliación da vida familiar, laboral e social; co obxectivo de que Galicia sexa o mellor lugar para vivir, formar unha familia e, sobre todo, ser neno ou nena. Trátase de seguir compensando os esforzos dos pais e nais dándolles axudas dirixidas a contribuír á crianza dos seus fillos ou fillas, así como máis recursos para o coidado e atención dos mesmo. En cumprimento deste obxectivo, o orzamento da Xunta para 2018 reforza as partidas económicas dirixidas a área de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica que aumentan un 8% con respecto ao presente ano ata sumar un montante global de 133,2 millóns de euros. Un dato significativo é que desde a creación da Consellería de Política Social o crecemento acumulado deste departamento autonómico ascende ao 54%, o que pon de manifesto a forte aposta deste Goberno polo apoio ás familias e polo desenvolvemento integral dos menores. Este continuo crecemento da inversión en políticas activas de apoio á familia e á infancia está a permitir a consolidación e mellora do Programa de apoio á natalidade de Galicia (PAN Galicia), que se comezou a desenvolver a finais do ano 2015 e que contempla un amplo abano de iniciativas e axudas dirixidas a avanzar cara o obxectivo da conciliación real e efectiva, como o a Tarxeta Benvida ou o Bono Concilia das que se benefician numerosas familias dos municipios de Arzúa, Melide e Ordes. Así, nos dous primeiros exercicios de existencia da Tarxeta Benvida -2016 e 2017- máis de 300 familias destes tres municipios teñen sido ou son usuarias da mesma, sendo o investimento da Xunta nesta medida de 385.200 euros. No presente ano, en Ordes lévanse concedido 89 tarxetas benvida, 26 en Melide e 19 en Arzúa.

O Executivo autonómico estenderá esta tarxeta ata os 3 anos para aqueles nenos e nenas nados en 2018 cuxa renda familiar sexa igual ou inferior aos 22.000 euros. Deste xeito, serán máis familias e durante máis tempo as que se beneficien das vantaxes desta medida, que consiste nunha axuda directa aos pais e nais de 1.200 euros ao ano para destinar a produtos básicos na crianza dun bebé: roupa, alimentación, produtos de hixiene ou de farmacia, entre outros. No que atinxe ao Bono Concilia, no actual curso escolar 20172018 son 12 as familias de Ordes que se benefician deste programa, que garante que todos os pais e nais que non acceden a unha praza de escola infantil financiada con fondos

públicos reciben axuda para elixir o centro ao que desexen levar os seus fillos ou fillas. Por outra banda, a Consellería de Política Social está a reforzar o programa do Bono Coidado. De feito, o Goberno galego ten aberta na actualidade unha nova convocatoria que presenta importantes melloras con respecto a do ano pasado, sendo a principal a extensión desta axuda económica ás familias con nenos e nenas menores de 12 anos, cando antes estaba limitada ata os 3 anos. O programa do Bono Coidado ten como finalidade colaborar no pago do importe de servizos de atención á infancia a domicilio por enfermidade do/a menor e imposibilidade de ser coidado polos mem-

bros da unidade familiar, ben sexa por enfermidade do coidador/a habitual ou por situacións puntuais de carácter laboral, entre outras posibles circunstancias ocasionais. A Xunta de Galicia entende que con estas e outras medidas de apoio á familia e á conciliación -como o incremento das prazas en escolas infantís e das bonificacións no pago da matrícula, así como o aumento do permiso de maternidade ata as 22 semanas para o persoal da Administración autonómica- ser pai ou nai en Galicia ten hoxe máis respaldo que nunca. O obxectivo é xerar o contorno social máis favorable para vivir, formar unha familia e o desenvolvemento integral da infancia.


26

Crónicas - Decembro 2017

XENTE DE AQUÍ MESÍA

ORDES

Completado o ciclo de outono das saídas ao balneario

TODOS somos TODOS

Actuación do grupo de habilidades sociais no Día das Persoas con Discapacidade

Corenta persoas participaron nas catro xornadas de termalismo de Mesía

O programa Deporte e saúde do Concello de Mesía completou as súas saídas ao balneario da tempada de outono. En total, foron catro xornadas no balneario de Brión durante os meses de outubro e de novembro, ás que asistiron unhas corenta persoas. Estas saídas contan con transporte gratuíto en autobús. O Concello de Mesía financia ademais parte do custo das entradas e a actividade do chamado club termal,

na que se inclúen piscinas de chorros, contracorrentes, camas de burbullas, jacuzzi, sauna, un baño de vapor, ducha bitérmica e de aromas, escarcha de xeo aromatizada, sala de relax con mármores quentes, circuíto circulatorio de pernas e zona de repouso. A previsión municipal é organizar outra tanda de saídas ao balneario o próximo mes de abril. As inscricións estarán abertas xa en febreiro.

O Día Internacional das Persoas con Discapacidade conmemorouse en Ordes baixo o lema TODOS somos TODOS. Os actos tiveron lugar na Casa da Cultura e contaron coa asistencia de alumnado dos dous institutos do municipio. No programa, destacou a interpretación da obra O Galo, de Gabriel Penabade, por parte dos actores e actrices da Asociación Andaina Pro Saúde Mental, coa que colaboraron integrantes da Banda de Música de Ordes. Os usuarios e usuarias do grupo

de habilidades sociais do Mesón do Vento puxeron sobre o escenario a ‘performance’ Ser da diversidade, na que tamén interviu Damián Calvo. É unha creación artística contra os prexuízos e estigmas que a sociedade aplica ás persoas con diversidade funcional. A xornada incluíu a lectura dun manifesto a cargo do curso de habilidades sociais. A concelleira de Benestar, Susana García, agradeceu a participación e sinalou a necesidade de máis medidas a favor da calidade de vida do colectivo.


Crรณnicas - Decembro 2017

27

PUBLICIDADE


28

Crónicas - Decembro 2017

XENTE DE AQUÍ ORDES

TORDOIA

Automoción do IES-1 presenta maquetas no Maker Faire

Quince alumnas en defensa persoal e autocapacidades

Dous dos estudantes de FP cunha das maquetas que levaron ao evento

Este tipo de cursos ofrécense en concellos da rede contra a violencia machista

Alumnado da sección de Automoción do IES-1 de Ordes participou na Galicia Maker Faire, celebrada en Santiago e considerada unha das mellores feiras de inventores e creadores. Os estudantes presentaron as dúas maquetas didácticas que en

Quince persoas participaron en Tordoia nun curso de defensa persoal e autocapacidades, impartido durante dous días nas dependencias do edificio que acolle a Casa da Cultura. Entre as participantes, figuraban a concelleira de Servizos Sociais, Inés Santos Pereiro,

2014 e 2016 mereceran premios de Innovación Educativa concedidos pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A feira tivo dúas xornadas nas que o público en xeral puido achegarse a coñecer as propostas.

máis persoal técnico do seu departamento. Este tipo de cursos ofrécense en Concellos que forman parte da Rede Galega de Entidades Locais Contra a Violencia de Xénero, creada mediante un convenio entre a Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias.


Crónicas - Decembro 2017

29

DEPORTES ENTREVISTA a David Juncal Calviño, docente e co-creador de GolStar, o xogo de cartas que simula o fútbol

“GolStar engancha moitísimo” GolStar é un xogo de cartas que converte o verde do tapete no verde do céspede dun campo de fútbol. Foi creado polo ordense David Juncal e polo coruñés Javier Lavandeira, os dous mestres de educación física, que pretenden sociabilizar mediante a diversión. Sen dúbida, un interesante agasallo para este Nadal. - En liñas xerais, como se xoga ao GolStar? - O GolStar simula un partido de fútbol real e consiste en meter goles, neste caso coas cartas. O xogo componse de 52 cartas cuns deseños espectaculares estilo manga (26 por xogador) e catro cartas de marcadores das competicións máis importantes (Mundial, Champions, Liga e Copa). Non son cartas de xogadores reais, son cartas estilo manga, moito máis divertidas e atractivas. Dentro das 26 cartas de cada xogador, atopamos cartas ofensivas que nos permiten meter gol de forma directa (Gol Imparable, Xogadón Golazo) ou en xogada combinada (Córner, Remate de Chilena, Regate, Tiro Gol...); cartas ofensivas que nos permiten cortarlle xogadas combinadas ao rival evitando así encaixar goles (Despexe Bestial, Defensa Insuperable, Parada Imposible...); e cartas especiais que lle dan ao xogo moita emoción e diversión (Cambio, Tarxeta Vermella, Falta...). Cada xogador ten catro cartas na man (salvo que nos saquen Tarxeta Vermella, neste caso xogaríase soamente con tres), xoga unha carta cada un, e despois de xogala colle outra no seu mazo. Así ata que cada un xogue todas as cartas. - Quen pode xogar? Ata cantos xogadores admite unha partida? - O xogo está pensado para nenos e nenas a partir de seis anos, posto que ten unhas regras de xogo que para idades menores poden resultar complexas. É un xogo tanto para nenos e nenas como para adultos, admitindo cada partida dous xogadores. Poden organizarse campionatos, o que nos permite realizar varias partidas á vez. - Como se lles ocorreu a idea? - A idea ocorréusenos observando que os nenos e nenas pasaban moito tempo xogando co ordenador, os móbiles, as tablets... moi illadas e sen sociabilizar. Viamos tamén que mercaban gran cantidade de cromos de fútbol cos cales non podían xogar emocionantes ‘partidos’ de fútbol como permite GolStar. - Con que premisas inventaron o xogo? - O noso obxectivo ao crear o xogo era tratar de que os nenos e nenas

puidesen gozar dun xogo de cartas relacionado co deporte, neste caso co fútbol, que aínda sendo de cartas é un xogo innovador, posto que non houbo nin hai no mercado nada parecido. Divertirse cun xogo que os ‘obrigase’ a buscar un compañeiro/a para xogar, facilitando así a sociabilización, afastándoos do illamento que provocan os xogos de móbil, tablets, ordenador... - Que beneficios didácticos pode Javier Lavandeira (esquerda) e David Juncal, xogando co GolStar, creado por eles ter este xogo? - O principal beneficio didáctico que achega este xogo é que os ne- na libraría 3Lápices situada no Campo os 13 € que custa GolStar. nos e nenas sociabilizan moitísimo. da Feira de Ordes por un prezo de - Que acollida está tendo? Vemos con moita ilusión como quen 13€. En Sigüeiro está dispoñible na - Aínda que levamos moi pouco xa teñen o xogo, gozan moitísimo xo- tenda Petiscos. E tamén estamos en tempo no mercado, uns dous megando cos seus amigos e amigas, cos librarías e tendas de xoguetes e chu- ses, estamos moi contentos da acoseus familiares. Dános moitísima sa- ches de Cerceda, da Coruña e de San- llida. Pouco a pouco estase a espatisfacción ver como xogan ao GolStar tiago de Compostela. llar o xogo, non soamente en Ordes e netos e avós. Diversión e sociabiliza- Contan con axuda de clubes de na Coruña, senón en toda Galicia e inción na familia, que máis se pode pe- fútbol para que se coñeza, non? cluso estamos tendo pedidos de Vicdir? - Si, tamén se pode conseguir a toria, León, Sevilla, Madrid e BarceAdemais tamén os obriga a pen- través dos clubes de fútbol que es- lona. Pasiño a pasiño o noso obxecsar que cartas teñen que xogar, como tean interesados en comercializalo tivo é que sexan moitos os nenos e deben combinar as cartas para aca- (S.D. Ordes, Jogafán Ordes F.S.). Te- nenas galegos e do resto de España dar goles. Como ben dixen anterior- mos varias entidades que están co- e incluso doutros países, que poidan mente, o xogo ten un regulamento mercializando o xogo e que están aca- xogar emocionantes e divertidas parque nos guía á dando, grazas tidas de GolStar. Pensar que un xogo hora de xogar, “Queriamos un xogo de cartas ó traballo dos que naceu en Ordes e na Coruña é o que lle dá coordinado- poida chegar a divertir e axudar a sorelacionado co deporte; sentido. res, adestra- cialibizar a nenos e nenas de todo o é innovador, no mercado - É un xogo dores... que mundo é algo fantástico. que pode chese goce deste - Nunha época na que se quenon hai nada parecido” gar a cansar m a g n í f i c o ren poñer límites ao sedentarismo despois dunha tempada ou é dos xogo. O Sigüeiro F.C.-E.D. Xuventude na poboación, especificamente nos que engancha? Oroso, o U.D. Carral, o Sp. Cambre es- máis pequenos, como contribúe un - A pesar de que hoxe en día te- tanse a implicar moito neste proxecto xogo de mesa á práctica de deporte? mos á nosa disposición multitude de e o xogo está a ter moito éxito entre - Os dous creadores somos mescontidos e xogos con simplemente fa- os seus. tres de educación física e como tal cer un clic nuns segundos, o que nos - Interesouse algún establece- queremos que os nenos e nenas fapermite ‘aburrirnos’ de algo antes da mento ou cadea comercial? gan moita actividade física. Non preconta, GolStar é un xogo que engan- Estamos en contacto con grandes tendemos que deixen de practicar decha moitísimo, sobre todo a quen lle cadeas para comercializar o xogo nos porte por xogar ao GolStar. Pretendegusta o fútbol. Ten un compoñente seus establecementos. Todos os clu- mos que sexa unha opción de xogo de azar que xunto coas espectacula- bes, librarías, tendas de xoguetes que para cubrir esas horas lúdicas ‘pares xogadas que conforman o xogo estean interesados en comercializar sivas’, nas cales é habitual velos xofan que cando rematas unha partida GolStar poden poñerse en contacto gando aos videoxogos, illados, mequeiras comezar outra. connosco no teléfono 686 119 121. tidos no seu mundo e sen sociabili- Quen foi o seu ‘banco de proO prezo de venta non é excesivo, zar. Non pretendemos que pasen hobas’? tendo en conta que é unha baralla ras xogando ao GolStar. Queremos - Os fillos do meu socio Javier La- composta por 56 cartas con deseños que fagan actividade física e cando vandeira e os amigos destes foron os estilo manga. Compras o xogo unha haxa ese momento de xogo repouque probaron o xogo e, ao ver que lles vez e podes xogar toda a vida con el sado, que poidan sacar a súa baralla, encantaba, decidimos ir adiante coa sen necesidade de ter que comprar xuntarse cos amigos, irmáns, primos, idea de comercializalo. sobres e sobres para ver se che toca pais, tíos, avós... e gozar de GolStar. - Onde se pode conseguir? un ou outro xogador. Ao final acabas Un xogo innovador, divertido e espec- O xogo pódese conseguir na nosa comprando unha cantidade enorme tacular que lles fará vivir momentos páxina web www.golstar.es e tamén de sobres e o prezo supera con creces de moita diversión e emoción.


30

Crónicas - Decembro 2017

DEPORTES PATINAXE ARTÍSTICA Foi organizado polo club local Galia, co apoio do Concello, Deporte Galego e a Deputación

O Trofeo de Ordes supera as 250 participacións Máis de 250 patinadores e patinadoras dunha vintena de clubs galegos participaron no III Trofeo Concello de Ordes de Patinaxe Artística. A competición foi organizada polo C.P. Galia de Ordes en colaboración co Concello, Deporte Galego e a Deputación. As votacións do xurado deixaron estes podios: - Rexional benxamín: 1ª Sara Domínguez (C.P. Oroso), 2ª Antía Cotelo (C.P. Conxuro) e 3ª Antía Calvo ( C.P. Galia). - Rexional alevín: 1ª Alba Valladares (C.P. Sarela), 2ª Carolina Lema (C.P. Omega) e 3ª Marta Lariño (Omega). - Rexional infantil: 1ª Leire Fernández (C.P. Ágora), 2ª Lucía Rodríguez (C.P. Fontiñas) e 3ª Yomara Ferreiro (Ágora). - Cadete: 1º Alexandro Redondo (A.D. Liceo), 2ª Nerea Manteiga (Oroso) e 3º Carlo Signiorini (Ágora). - Absoluta: 1ª Clara Amado (Conxuro), 2ª Andrea García (Conxuro) e 3º Brais Becerra (Omega). - Nacional benxamín: 1ª Alicia Lariño (Omega), 2ª Yanira Gómez (Ágora) e 3ª Lucía Deus (Galia). - Nacional alevín: 1ª Claudia Pi-

Premios nas categorías mini e base, as de menor idade do interparroquial

ñeiro (Conxuro), 2ª Inés Peña (Sarela), 3ª Antía Lourido (Ágora). - Nacional infantil: 1ª Aldara Couce (Sarela), 2ª Lara Reboredo (Galia) e 3ª Alba Diéguez (Galia). O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e a concelleira de Deportes, Ana Soneira, entregaron os trofeos. Unai Cereijo, patinador do CPA Maxia da Coruña e campión de España alevín, ofreceu unha exhibición moi aplaudida polo público do evento, no que colaboraron múltiples empresas e establecementos do municipio ordense.

Entrega de trofeos para a categoría maxi, na que gañou o equipo de Mesía

Podios en Malpica Integrantes do Club Galia de Ordes fixeron podio en todas as categorías nas que participaron no Trofeo Velúa, en Malpica de Bergantiños. En nacional infantil, Lara Reboredo foi primeira, seguida de Alba Diéguez e Laura Montero. En rexional benxamín Antía Calvo foi terceira e en rexional infantil Pilar Ferreiro foi segunda. Lucía Deus obtivo a máxima puntuación en nacional benxamín. Por niveis, foron segundas Diana Mosquera no 6 e Paula Cornes no 7. Clara Romero rematou na terceira posición en nivel 7.

Bos resultados do Club Galia en Ames No Trofeo Concello de Ames de Patinaxe Artística, o Club Galia situou entre os dez primeiros os máis novos e novas nas probas de nivel. Nas categorías superiores, tamén grandes resultados, con Antía Calvo na cuarta posición en rexional benxamín e Lucía Deus no terceiro posto na categoría nacional. O posto máis elevado no podio correspondeulle a Alba Diéguez, coa segunda praza na competición de categoría infantil de ámbito nacional.


Crónicas - Decembro 2017

31

DEPORTES KARATE

CAMPO A TRAVÉS

Emma Núñez logra o bronce na fase final da liga nacional

Ouros para Loureiro e Rey

A karateca Emma Núñez, de Cerceda, acadou a medalla de bronce na fase final da Liga Nacional, disputada en Villanueva de la Serena (Badajoz). A esta final só podían acceder os oito mellores clasificados das dúas rondas previas en Bilbao e Málaga. Núñez xa destacara nestas citas coa cuarta e terceira Emma Núñez está na elite do karate español junior posición da súa categoría de kata junior feminina. Como guinda desta tempada Na liga nacional, a cercedense sobresaínte, Emma Núñez foi concomezou vencendo por 3-2, un re- vocada pola Federación Española sultado que indica a gran igual- de Kárate para a preselección de dade entre as oito finalistas. Na kata por equipos no Centro de segunda ronda perdeu pola mí- Alto Rendemento CAR de Madrid. nima contra a actual campioa de Unha porta polo que podería acEspaña e da liga nacional, tamén ceder ao Campionato de Europa por 2-3. Puido así entrar na pugna que se disputará a principios de polo bronce, onde gañou por 4-1. febreiro en Sochi (Rusia).

IRONMAN

Iván Raña acada o terceiro posto en Cozumel e estará no mundial O atleta ordense Iván Raña Fuentes acadou a terceira posición no Ironman de Cozumel (México), cun tempo inferior ás oito horas, en concreto un minuto e vinteún segundos menos. Na proba impúxose o alemán Sebastian Kienle e foi segundo o suízo Michael Weiss.

O resultado debeuse en boa medida a unha brillante remontada na carreira a pé, que Raña iniciou na oitava posición e rematou no terceiro posto definitivo. Con este éxito, Raña logra a clasificación matemática para o mundial da especialidade que se disputará en 2018 en Hawaii.

Noa Rey e Juan Loureiro, na fase comarcal de campo a través en Santiago

Juan Loureiro Mosquera e Noa Rey Bravo, do Atlética A Silva, obtiveron as medallas de ouro na fase comarcal de campo a través disputado hai uns días en Santiago, el en categoría benxamín e ela en alevín. Samuel Fariñas Fernández logrou a prata en infantil. Nestas probas, o equipo alevín feminino conseguiu o pase á seguinte fase. Por outra parte, dentro do programa Xogade, disputáronse no Pino as probas de campo a través, ás que acudiu o CEIP Castelao de Ordes con cincuenta alumnos e alumnas. O equipo infantil feminino fíxose co primeiro posto, o alevín masculino co segundo, e os

alevín feminino e infantil masculino foron terceiros. A nivel individual, destacaron Nadia González, primeira en infantil, e Antón Raña, segundo en alevín. Volvendo ao Atlética A Silva, no Trofeo Cidade de Narón foron bronce Paula Noya en 300 metros e María José Fraga en lanzamento de peso. E na Liga Galega Abanca, o Atlética A Silva logrou clasificarse para a final autonómica con tres dos equipos presentados. Foron terceiros os benxamíns masculinos, os infantís masculinos foron quintos e as infantís femininas remataron cuartas.


Cr贸nicas

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Cr贸nicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Tameiga. Peche de edici贸n: 15-12-2017. Dep贸sito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.