Cronicas comarcadeordes n49 xaneiro2018

Page 1

ECONOMÍA

Vaticinan outra caída dos prezos do leite na primavera

TORDOIA

Páx. 16

Os orzamentos municipais medran en 330.000 € Páx. 14

leisynegocios@leisynegocios.com

981 10 40 10

CRÓNICAS Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 49 - Xaneiro 2018

O urbanismo da comarca dá novos pasos para a ordenación Avances na ordenación urbanística dos municipios da comarca ordense. Nas últimas semanas, foron apro-

bados os Plans Xerais de Ordenación Municipal de Frades e de Trazo. O de Tordoia superou novos trámites e

agora só depende da Xunta. Mesía e Oroso xa contan cun documento propio de ordenación urbanística desde

hai anos. Os únicos Concellos nos que a cuestión segue pendente son os de Cerceda e de Ordes.

COMARCA

Asinado o convenio para pasar da vía morta á Vía Verde Páx. 5

ORDES

Páx. 8

A Deputación constrúe a senda do Mesón a Meirama

Contra o frío nas aulas

Páx. 4

OROSO

Comeza a funcionar a nave para reciclar e separar residuos Páx. 6

MESÍA

Licitarán a ampliación da traída na primavera Páx. 2

Educación anuncia en Ordes novas ventás en clases de infantil do Castelao que rexistran baixas temperaturas e humidades

DEPORTES

Páx. 2

Novos éxitos para o atletismo local a nivel galego Páx. 20


2

CRÓNICAS - Xaneiro 2018

ACTUALIDADE ORDES

ORDES As titoras de varias aulas pediron que os nenos fosen “ben abrigados”

Reclaman un reforzo do equipo profesional do centro de saúde

Educación renova ventás no Castelao para atallar o frío e as humidades

Os socialistas de Ordes consideran necesario un reforzo do equipo profesional do centro de saúde do municipio, tras constatar problemas no servizo durante as últimas semanas por falta de persoal, segundo consideran. Sinalan que as dificultades son “especialmente graves” na área de pediatría, con tempos de espera demasiado elevados sobre todo para unha área de atención tan sensible. O concelleiro do PSOE en Ordes, Alejandro Manteiga, que presentará unha proposta no vindeiro pleno municipal para trasladarlla á Xunta, sinala que a prioridade é contar cun pediatra máis no centro de saúde ordense, aínda que tamén apreza necesidades noutras especialidades. Por outra parte, o PSOE propón que Sanidade facilite un novo tipo de medidor de glucosa ás persoas con diabetes tipo 1. O modelo permite reducir en gran medida o número de picadas.

O proxecto de Moar e de Añá, en Frades, supera o trámite do pleno municipal En Frades, o proxecto para levar o abastecemento de auga potable ás parroquias de Moar e de Añá superou o trámite de ser aprobado polo pleno municipal. Foi por unanimidade, co apoio do PP e do BNG. Estímase que as obras poderían costar uns 800.000 euros. Serán acometidas pola Xunta de Galicia, atendendo a un acordo de colaboración suscrito por Medio Ambiente e polo Concello hai ano e medio. A intervención consistirá en habilitar unha rede principal e varios ramais secundarios, chegando ás dúas parroquias e tamén a varios lugares de Céltigos e de Ledoira. Cando esta obra remate, restará unha parte da parroquia de Abellá para completar a extensión do servizo en todo o municipio. Como é habitual nestes proxectos, a Xunta encargarase de pagar e executar o proxecto, mentres que o Concello xestionará a dispoñibilidade dos terreos e dos permisos e licenzas.

A Consellería de Educación anunciou que procede ao “inmediato” cambio de ventás en varias aulas do colexio Castelao, en Ordes. Trátase das do chamado Edificio Amarelo, onde o frío e a humidade, a pesar de contar con calefacción, levaron ás propias titoras a aconsellarlles ás familias levar os nenos “ben abrigados”. Nunha visita ao centro do delegado provincial de Educación, Indalecio Cabana sinalou que se acometería un investimento duns 14.000 euros. Agárdase que a obra mellore as condicións térmicas e mesmo axude a reducir o gasto en calefacción, ao mellorar o illamento. O problema viña sendo habitual cada inverno no colexio, que levaba varios anos pedindo unha solución. Antes das vacacións de Nadal, o BNG solicitoulle ao goberno local maior implicación para que a situación non se prolongase máis. A concelleira de Educación, Susana García, asegurou que o cambio de ventás era unha

O delegado de Educación visitou o colexio con integrantes do Concello e da ANPA

obra “xa prevista” e complementaria ao cambio da calefacción do pasado curso. García agradeceu a colaboración da Xunta e da ANPA. VENTILACIÓN No que non colaborará a Xunta,

senón que será un investimento exclusivamente municipal, é na instalación dun ventilador no ximnasio do colexio, co que se agarda evitar a condensación que se produce de xeito ocasional. A medida deuna a coñecer o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo.

MESÍA Invisten 580.000 euros para rematar en Mesía e comezar Olas e Visantoña

A nova obra da traída pública sairá a concurso antes da vindeira primavera San Lourenzo de Olas e San Martiño de Visantoña. A chegada completa da auga a estas dúas últimas será acometida nunha segunda fase das obras, que precisará dun novo investimento, aínda sen concretar.

A conselleira de Medio Ambiente e o alcalde de Mesía asinan a nova obra da traída

As novas obras para ampliar a rede de abastecemento de auga potable en Mesía sairán a concurso para a súa contratación no primeiro trimestre deste ano. Así o estimou a Xunta durante a sinatura do convenio do proxecto entre o alcalde de Mesía, Mariano Iglesias, e a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato. O investimento nesta iniciativa acadará uns 580.000 euros, que asume integramente Augas de Gali-

cia. Unha vez estea rematada, a nova infraestrutura pasará a ser de responsabilidade municipal. De xeito previo, o Concello encárgase da posta a disposición de terreos e dos permisos, licenzas e autorizacións necesarios. Na práctica, a obra servirá para completar o servizo en toda a parroquia de San Cristovo de Mesía e para iniciar un novo ramal principal para máis adiante chegar ás parroquias de

SUPERAR A PARÁLISE Á marxe de investimentos acometidos polo Concello, esta é a primeira obra de relevancia que acomete a Xunta no abastecemento público de Mesía desde a chegada de Alberto Núñez Feijóo á súa presidencia. Desde 2009, a ampliación da rede estaba practicamente paralizada. O anterior goberno galego, liderado por Emilio Pérez Touriño, investira máis de 1.540.000 euros para executar a captación e o bombeo da auga desde o río Tambre e a construción dun depósito nun dos puntos máis elevados do municipio, así como boa parte da rede de distribución principal e secundaria xa existente. Deste xeito, a subministración de auga chega xa á maior parte das parroquias de Mesía, se ben co novo proxecto alcanzará algunhas das zonas máis poboadas.


CRÓNICAS - Xaneiro 2018

3

PUBLICIDADE


4

CRÓNICAS - Xaneiro 2018

ACTUALIDADE ORDES

ORDES A Deputación da Coruña inviste máis de 123.000 euros nas obras

UxO empraza ao goberno a revisar os cambios de circulación na zona do Paraíso

A senda peonil do Mesón do Vento ata Meirama estará para o verán

Unión por Ordes (UxO) solicitoulle ao goberno municipal que se revisen as medidas tomadas para remodelar o tráfico na zona do Paraíso, onde se ubican o colexio Castelao e o IES-1, tras aprezar un empeoramento das condicións para circular pola zona. Segundo explican, deixar a Rúa Nicolás del Río (diante do IES) cunha soa saída, sen posibilidade de ir cara á Rúa Pascual Veiga (diante do colexio), impide aliviar a intensidade de tráfico nas horas de entrada e saída das clases. Deste xeito, sobre todo en xornadas de chuvia, colápsase a saída cara á ronda leste e a rotonda da AC-524. Outra queixa que traslada UxO ao Concello é a habilitación dun espazo para parada de autobuses na dereita da rúa fronte ao IES. Cren que debería situarse no outro lado da rúa para evitar que o alumnado teña que baixar sobre a lama do descampado e que teña que cruzar a rúa despois.

A nova senda peonil desde o Mesón do Vento ata o límite con Cerceda, xusto nas inmediacións da central térmica de Meirama, estará rematada antes do verán. Así o estima a Deputación da Coruña, que inviste algo máis de 123.000 euros nas obras. Os traballos, nas marxes da estrada provincial DP2405, consisten en crear novas beirarrúas no tramo comprendido entre os quilómetros 5,82 e 7,51, case 1.700 metros. Conectarán así coa beirarrúa xa executada na zona de Meirama, completando así un treito no que é habitual a presenza de persoas desprazándose a pé. A nova senda ten unha anchura de dous metros. Está conformada por unha capa de 55 centímetros de solo seleccionado e 20 centímetros de zahorra artificial. Todo isto vai recuberto cunha capa de formigón, que posteriormente se pintará para homoxeneizala coas demais sendas da contorna. Tamén esta previsto instalar no-

ORDES Superan o centenar de sinaturas

Alegacións contra a nova ORA A campaña de recollida de sinaturas emprendida pola concelleira non adscrita Beatriz Martínez para alegar contra a nova ORA supera xa o centenar de apoios. Nos vindeiros días

está previsto que as alegacións sexan rexistradas no Concello. Martínez asegura que a ORA xera un superávit de 16.000 euros anuais, polo que non ve xustificado que o

A Deputación da Coruña asegura que iniciou as obras nos primeiros días do ano

vos pasos de cebra e sinalización vertical. En varias zonas colindantes efectuarán traballos de roza e posterior sementeira de céspede. As cunetas levarán unha recuberta de lousas de formigón e estarán dotadas de desaugadoiros para garantir a correcta evacuación das augas da plataforma da estrada.

A Deputación explica que o proxecto, incluído no plan provincial de sendas peonís, permitirá mellorar a seguridade viaria tanto do tráfico rodado como dos peóns. Ademais, eliminarán as barreiras arquitectónicas, favorecendo así que as persoas con mobilidade reducida poidan utilizar o vial.

goberno local aplique o estacionamento de pago en tramos como a Rúa do Mercado na zona de Correos ou na Rúa República Arxentina desde Alfonso Senra ata a Rúa Nova. Ademais de defender que as zonas onde se amplía a zona azul sexan de balde, outro dos fundamentos da alegación é que se contemple reser-

var unha das beiras de varias rúas para que poidan estacionar de balde os residentes. Sinala casos como a Nova, Rosalía de Castro, Compostela e O Mercado, posto que a maioría dos edificios non contan con garaxe e coa ORA vense obrigados a aparcar lonxe das vivendas a diario para evitar o gasto, asegura Martínez.


5

CRÓNICAS - Xaneiro 2018

ACTUALIDADE ORDES Aspira a que as obras, valoradas en 827.000 euros, sexan licitadas este ano

O alcalde presenta en Fomento o proxecto de rotonda na saída sur O alcalde de Ordes presentou en Fomento o proxecto para construír unha rotonda e un paso inferior na saída sur da vila, na N-550 en dirección a Santiago, á altura da intersección co tramo de ronda leste que levá á estrada de Lanzá (Mesía). José Luis Martínez Sanjurjo trasladoulle a iniciativa ao Director General de Carreteras del Estado, Jorge Urrecho, nun encontro no que tamén estivo presente a deputada Marta González e José Ramón Blanco, da empresa que elaborou o proxecto técnico. As obras, que de momento non están confirmadas, están valoradas en 826.800 euros. Pretenden, segundo o goberno local, atallar a “problemática en materia de seguridade” que presenta a intersección actual, un cruce convencional con carrís centrais de incorporación. O proxecto consistiría nunha glorieta de 38 metros de diámetro exterior, que incluiría dous carrís de 4,5 metros e beiravías interior e exterior dun metro. O paso inferior tería uns

A glorieta reemprazaría a actual intersección entre a N-550 e a ronda leste Reunión na que o alcalde lle presentou o proxecto ao Director General de Carreteras

25 metros de longo, seis metros de ancho e unha altura útil de 2,60 metros. Ademais, está previsto darlle continuidade ao carril bici e ao paseo xa existentes e situados na marxe esquerda da N-550. Entre outras accións, prevese construír un sendeiro desde a marxe dereita ata o río Cabrón, enlazando coa senda e o carril bici procedentes da AC-524. Outro sendeiro, tamén

dun par de metros, estará a carón do río. Os dous comunicaranse con travesas de ferrocarril como escaleiras. Á ESPERA Aínda que o goberno local asegura que o proxecto ten o beneplácito de Fomento, o certo é que polo de agora non hai pasos en firme para a execución das obras. Non obstante, o alcalde quere que se licite

e se adxudique antes de que remate 2018. Martínez Sanjurjo lembra que a obra foi un compromiso do presidente do goberno, Mariano Rajoy, cando visitara Ordes en 2015. O rexedor considera que se trata dun proxecto “urxente” porque é necesario “para Ordes reordenar e mellorar as súas vías de comunicación”. Sinala como razóns a seguridade e as vantaxes económicas de mellorar a conexión co polígono industrial e coa peaxe da AP-9.

COMARCA A Deputación e os Concellos suscriben o acordo para elaborar o proxecto técnico da Vía Verde

“A ver se nun ano asinamos o convenio para a obra” É un primeiro paso, necesario pero insuficiente. A Deputación e os Concellos de Cerceda, Tordoia, Ordes, Oroso e Santiago de Compostela asinaron o convenio para elaborar o proxecto da Vía Verde. O documento técnico establecerá como se recuperarán os case 37 quilómetros do antigo trazado ferroviario para usos lúdicos, turísticos e deportivos. Para o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, trátase do “xerme dun proxecto importante, o inicio dun camiño porque o compromiso da Deputación é a realización das obras”. Neste sentido, o alcalde de Cerceda e tamén deputado provincial, José García Liñares, manifestou o desexo de que “dentro dun ano esteamos asinando o convenio para as obras”. O proxecto técnico custará uns 40.000 euros, dos que a entidade provincial achega uns 32.000 e os demais sufráganos os Concellos con contías que varían entre os mil e os dous mil euros, segundo a lonxitude do seu tramo. Suporá un avance importante para unha iniciativa que comezou a promoverse en 2008, entón para unha Vía Verde entre Santiago e

“proxecto ambicioso orientado a ser un acicate turístico” para os municipios da área de Compostela.

Sinatura do convenio do proxecto técnico entre a Deputación e os Concellos

Ordes. Despois sumáronse Tordoia e Cerceda. Unha vez se constrúa, será a maior figura deste tipo existente en Galicia. O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, amosouse satisfeito porque a Vía Verde “suporá recuperar a vía ferroviaria abandonada, dándolle unha nova dimensión ecolóxica e

sostible, que deberemos tecer entre varios Concellos”. O rexedor de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, cre que a futura infraestrutura será “un referente na provincia”. O de Tordoia, Antonio Pereiro, agarda que as obras poidan comezar a executarse “en pouco tempo”. E desde Oroso Manuel Mirás sinala que se trata dun

SEN CARNÉ E DROGADA Nese aspecto incidiu tamén o presidente provincial. González Formoso considera que a Vía Verde terá unha relevante repercusión turística e socioeconómica para os cinco municipios que vai atravesar, ademais de servir como elemento vertebrador do territorio conectando diversos núcleos rurais. Formoso sitúa a Vía Verde como exemplo das políticas de mobilidade sostible que impulsa a Deputación da Coruña. A súa utilización por parte de ciclistas evitará que teñan que utilizar as marxes das estradas para os seus adestramentos deportivos, reducindo os riscos de accidente e incrementando as condicións saudables da práctica do deporte, ao non ter que respirar as emisións de gases do tráfico motorizado. A Vía Verde distribúe os seus 36,5 km en 10,18 en Santiago de Compostela, outros 7,15 en Oroso, uns 8,55 en Ordes, só 2,46 en Tordoia e os 8,16 km restantes en Cerceda.


6

CRÓNICAS - Xaneiro 2018

ACTUALIDADE ORDES

OROSO Está situado no polígono e abre ao público en horario de tarde

O Concello de Ordes prevé lograr un 15% de aforro no seu consumo eléctrico

Xa funciona en Sigüeiro o recinto para depositar residuos reciclables

O Concello de Ordes conta con lograr un aforro do 15% do seu conxumo eléctrico, o que supón evitar o gasto duns 45.000 euros anuais, segundo afirma o goberno local. A previsión figura nunha auditoría efectuada sobre 2016. Entre outras medidas, contemplan cambiar as tarifas e a potencia en 38 dos 114 contratos que o Concello ten asinados coa empresa subministradora da electricidade. Só este paso supón aforrar uns 28.000 euros ao ano. Outros 2.700 euros anuais aforraranse instalando baterías de compensadores para eliminar as penalizacións por uso de enerxía reactiva. Na corrección de erros de facturas do último lustro obteranse uns 4.200 euros. O executivo quere licitar tamén a subministración eléctrica do Concello, coa que agarda unha redución de custos de entre 10.000 e 15.000 euros cada ano. De enerxías renovables procederá entre o 30% e o 40% do consumo.

As novas instalacións para depositar residuos para a reciclaxe xa comezaron a funcionar no polígono industrial de Sigüeiro. A infraestrutura, que inclúe unha compostadora industrial, foi construída polo Concello de Oroso e precisou un investimento duns 250.000 euros. O servizo é xestionado pola empresa Servicios, Obras y Limpiezas, S.A. (SOL). O seu horario de apertura é de 14:30 a 18:30 horas de luns a venres, e os sábados entre as 10:00 e as 14:00 horas. A instalación conta con catro colectores de vinte metros cúbicos de capacidade cada un. O alcalde, Manuel Mirás, anunciou que a finais deste ano 2018 prevén unha quinta liña de residuos para recoller de forma xeral materia orgánica. Non obstante, este tipo de residuos xa se recollen nos restaurantes e nos comedores dos colexios para tratalos coa compostadora industrial. Así pois, o servizo xa recibe residuos como pilas, disolventes, electrodomésticos, aerosois, baterías,

O servizo abre de 14:30 a 18:30 horas de luns a venres e de 10 a 14 horas o sábado

produtos de informática, papel e cartón, vidro, envases ou téxtil, ademais de plásticos agrícolas e entullos de obra que depositen particulares. Ata agora, boa parte destes residuos depositábanse de maneira “provisional” para o seu tratamento nunha parcela que o Concello tiña

ORDES O alcalde mantivo un encontro co responsable de turismo de Veracruz

Ordes promociona o seu turismo no FITUR de Madrid Ordes estivo presente na Feira Internacional de Turismo de Madrid FITUR 2018. O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, visitou o evento e participou na recepción ofrecida no posto

de Galicia, protagonizada, entre outros, polo presidente da Xunta e pola directora de Turismo de Galicia. Martínez Sanjurjo sostivo diversos encontros de traballo, entre eles un co se-

cretario de Turismo e Cultura do Estado de Veracruz (México) e co director de Turismo e Cultura do municipio de Veracruz, irmandando con Ordes mediante a figura de Isabel Cendal.

habilitada nas inmediacións do río Carboeiro, na propia capital municipal. A entrada en servizo das novas instalacións permite rematar con esta práctica e mellorará a capacidade de clasificación, separación e posterior reciclaxe dos residuos que se xeran no municipio.


CRÓNICAS - Xaneiro 2018

7

PUBLICIDADE


8

CRÓNICAS - Xaneiro 2018

ACTUALIDADE FRADES Ata agora, o urbanismo local atíñase ás normas subsidiarias de 1991

O PXOM obtén a súa aprobación despois de case oito anos en trámite O alcalde, Roberto Rey, afirmou que a aprobación definitiva era algo polo que “levamos moito tempo esperando” e destacou a “transparencia” coa que se tramitou o PXOM, con participación de todas as forzas políticas representadas no pleno.

Visita da conselleira de Ordenación do Territorio á Casa do Concello de Frades

XENTE QUE MARCHOU Rey admitiu que a sociedade levaba tempo agardando polo plan “e mesmo temos perdido xente que marchou a outros municipios próximos porque non podía edificar aquí”. Agarda que esta tendencia mude coa entrada en vigor do plan. O Plan Xeral establece a Pontecarreira como núcleo urbano, tomando como referencia o antigo trazado da N-634, e ademais nas zonas de Abellá e do Cadaval sitúa espazos urbanizables nos que terán a posibilidade de regularizar a súa situación empresas vinculadas co sector agrogandeiro e instalarse outras novas. Co planeamento, tamén se delimitan os núcleos rurais, que ocupan case un 4% de todo o territorio

do municipio. Un 0,22% clasíficase como urbanizable e o 0,13% como urbano. Todo o restante, case un 96%, recoñécese como solo rústico, agrario ou forestal, o que lle serve á Xunta para dicir que pretende “a preservación natural e paisaxística do municipio”. Precisamente, a delimitación dos núcleos foi un dos principais tropezóns que sufriu o Plan Xeral ao longo da súa tramitación. A extensión de determinados núcleos con perspectivas de crecemento pouco ou nada realistas, pretendida na etapa do anterior alcalde, Miguel Prado, levou no seu día á Xunta a devolver o documento ao Concello para que subsanase esa e outras deficiencias como condición imprescindible para darlle luz verde. Posteriormente, procedeuse á adaptación aos criterios técnicos e legais, así como ás características do territorio, o que rematou coa aprobación definitiva por parte da administración autonómica. Frades é o cuarto Concello da comarca en aprobar un PXOM, co que xa contan Oroso, Mesía e Trazo. Os planeamentos de Cerceda, Ordes e Tordoia están en diferentes fases de tramitación. A Xunta de Galicia financiou practicamente todo o custo da elaboración do documento, coa achega duns 123.000 euros.

O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Frades recibe a aprobación definitiva tras case oito anos de tramitacións. A pesar dun prazo tan amplo, que en todo caso está na media galega, a conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, acudiu

ao Concello para exhibir a sinatura da orde de aprobación definitiva. Este é o primeiro documento urbanístico destas características co que conta o municipio, que ata agora tiña que aterse ás normas subsidiarias provinciais establecidas en 1991, hai case tres décadas.

COMARCA

TORDOIA Despois de incorporar o informe pendente da Dirección Xeral de Montes

O plan de camiños rurais destina este ano máis de 443.000 euros á comarca ordense

O Plan Xeral de Ordenación Municipal de Tordoia agarda a resposta da Xunta

CONCELLO Cerceda Frades Mesía Ordes Oroso Tordoia Trazo TOTAL

ASIGNACIÓN 58.085 € 59.456 € 74.552 € 74.203 € 51.873 € 65.123 € 59.948 € 443.240 €

O plan de mellora de camiños rurais da Consellería do Medio Rural destina este ano máis de 443.000 euros á comarca de Ordes, con contías que van desde os case 52.000 euros de Oroso ata os máis de 74.500 euros de Mesía. Os fondos distribúense cun fixo de 15.000 euros por municipio, ao que se engaden contías relacionadas co número de habitantes, a superficie do termo, o peso da actividade agraria, o grao de envellecemento e o despoboamento. Ata mediados de febreiro os Concellos poderán presentar os proxectos de obras.

A pelota está sobre o tellado da Xunta, en concreto da Dirección Xeral de Urbanismo. O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Tordoia xa foi aprobado polo pleno do Concello de maneira provisional. Sucedeu a finais do pasado mes de decembro, e desde entón contan os dous meses de prazo de Urbanismo para decidir sobre a aprobación definitiva do documento. O PXOM acumula xa varios anos de tramitacións. Un dos últimos traspés tívoo coa falta dun informe da Dirección Xeral de Montes da Xunta, que o departamento autonómico de Urbanismo lle demandou ao Concello como condición para poder aprobar o plan. Foi precisamente a carencia que quedou subsanada na sesión plenaria local de decembro. OPTIMISMO O alcalde, Antonio Pereiro, considera que agora “non debería existir impedimento para a aprobación definitiva” do PXOM, toda vez que o Concello logrou reunir todos os in-

Sesión do pleno municipal de Tordoia na que se aprobou o plan xeral urbanístico

formes que lle solicitaba Urbanismo e o proxecto foi adaptado ás recomendacións fixadas neses informes. Pereiro reitera que a aprobación do plan “é unha ferramenta de necesidade e urxencia para o concello”, ao servir para delimitar os diferentes tipos de solo, tanto a nivel urbanis-

tico como ambiental, así como os terreos rústicos. O alcalde de Tordoia sinala como principais beneficios “poder outorgar licenzas urbanísticas e o desenvolvemento de solo industrial, favorecendo ambos aspectos o asentamento de poboación e propiciar postos de traballo”.


CRÓNICAS - Xaneiro 2018 1pORDES-Premios.pdf

1

17/1/18

17:34

9

PUBLICIDADE


10

CRÓNICAS - Xaneiro 2018

ACTUALIDADE ORDES

TORDOIA Intervención de Medio Ambiente con apoio de fondos europeos

Os Concellos rexeitan ter que aplicar a lei de benestar animal sen financiación suficiente

Recuperan a marxe dos ríos Paradela e Lengüelle e o acceso ao Buño

fondos europeos FEADER, ideados para o desenvolvemento rural. Parte deste proxecto, no camiño paralelo ao Paradela, sitúase nos espazos da Rede Natura 2000, dentro da Zona de Especial Conservación (ZEC) Río Tambre. O resto dálle conti-

nuidade. Se ben o camiño de acceso ao Lengüelle non está dentro de tal delimitación, si desemboca no Tambre, como o Paradela, e serve para chegar ata os dous muíños tradicionais do Buño. As obras consistiron en explanar, acondicionar o firme con novo material, preparar a base e colocar un cartel para facer publicidade da intervención. Os traballos foron visitados por integrantes dos gobernos autonómico e municipal. A representación local encabezouna o alcalde, Antonio Pereiro, e a da Xunta o seu delegado provincial, Ovidio Rodeiro. A Xunta, nun comunicado cando menos esaxerado, asegura que a realización deste proxecto “pretendía a mellora da calidade de vida da poboación rural fomentando a prestación de servizos básicos que axuden á fixación da poboación no medio rural, á creación de emprego e á redución do risco de pobreza na área de influencia socioeconómica da ZEC do río Tambre” (sic). De ser así, nunca 21.000 euros deron para tanto.

que planifiquen investimentos na comarca. Os sectores que se poderán beneficiar desta convocatoria son o da transformación e comercialización de produtos agrarios e forestais, as empresas industriais ou transformadoras, e o comercio, polo xunto ou polo miúdo, máis os servizos. As axudas poden acadar o 50% do

investimento, cun tope de 200.000 euros. Apoian gastos como a construción e mellora de inmobles, a adquisición de maquinaria nova e equipamentos, mobiliario e equipos informáticos, ou a compra de terreos e inmobles, neste caso con determinadas limitacións, así como diversos custos xerais.

Reunión da FEGAMP en Oroso

A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) solicitoulle á Xunta que lles achegue financiación aos Concellos para poder cumprir coa nova lei autonómica de protección e benestar dos animais. Nunha reunión da xunta de voceiros da FEGAMP en Sigüeiro (Oroso), amosaron a súa preocupación por ter que facerse cargo da recollida e coidado de animais domésticos soltos ata que os reclame a persoa propietaria ou sexan acollidos ou adoptados. Só en Oroso, que non descarta un contencioso, estiman un custo de 50.000 euros ao ano.

Visita de integrantes do goberno tordoiés e representantes da Xunta ás obras

Varios camiños das marxes dos ríos Paradela e Lengüelle, en Tordoia, foron recuperados mediante unha intervención da Consellería de Medio Ambiente. Os traballos tiveron un custo de 21.000 euros, dos que tres cuartas partes procedían de

COMARCA Luns 29 no Salón de Plenos de Ordes

Charla sobre as axudas do Leader O Salón de Plenos do Concello de Ordes, situado nos baixos da Alameda, acolle este luns 29 de xaneiro unha charla informativa sobre as axudas do programa Leader na

comarca de Ordes. Está programada para as 20:30 horas. O acto servirá para informar sobre as axudas para crear, ampliar ou modernizar pequenas empresas


11

CRÓNICAS - Xaneiro 2018

ACTUALIDADE COMARCA Na nova quenda figuran Frades, Mesía, Ordes, Oroso e Trazo

COMARCA

Cinco Concellos da comarca optan a novas parcelas do Banco de Terras

A Mancomunidade solicita unha axuda provincial para manter o servizo lingüístico

Cinco Concellos da comarca ordense, todos agás os de Cerceda e de Tordoia, participan nunha nova quenda, probablemente a derradeira, do traspaso de parcelas pertencentes ao Banco de Terras de Galicia (BanTeGal) a administracións locais de todo o país. Nunha reunión recente, o director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Miguel Pérez, explicoulles a representantes de Concellos de toda a provincia coruñesa que predios son susceptibles de recibir para dedicalos a uso veciñal e como será o procedemento. No conxunto da provincia existen 537 parcelas susceptibles de pasar a titularidade municipal, segundo o reconto facilitado pola Xunta.

Reunión da Xunta cos Concellos para iniciar o proceso de traspaso de terras

SEN UTILIDADE AGRARIA Xeralmente, os terreos que se transfiren carecen de utilidade agraria, o que permite que pasen a ser directamente do Concello, atendendo á Lei de Mellora da Estrutura Territorial de Galicia, que rematou co ante-

rior sistema de cesión de terras. Non é esta a primeira vez que o goberno autonómico se desentende de parcelas do BanTeGal en beneficio dos Concellos. Durante 2017, a Consellería do Medio Rural formalizou o cambio de titularidade de 1.234 par-

Pleno da Mancomunidade

celas a 37 Concellos de toda Galicia. O obxectivo é acadar uns 2.500 terreos que forman parte do catálogo do banco público de terreos pero que polas súas características ou situación non serven para ser arrendados a agricultores ou gandeiros.

O pleno da Mancomunidade de Ordes acordou participar na convocatoria de subvencións da Deputación da Coruña para manter o Servizo de Normalización Lingüística. A contía da axuda será dun máximo de 12.000 euros. A entidade supramunicipal conta con este servizo desde 2013. O seu cometido principal é fomentar o uso da lingua galega nos distintos ámbitos da sociedade. A tal efecto, a profesional encargada do servizo desenvolve cursos formativos, accións de apoio para persoal municipal, xornadas e xincanas infantís, diversas conmemoracións e asesoramento a calquera persoa da comarca.


12

CRÓNICAS - Xaneiro 2018

ACTUALIDADE ORDES Investimento autonómico de 58.000 euros

Construirán unha nova ponte sobre o rego de Lesta A ponte sobre o rego de Lesta (Ordes) vai ser reemprazada por outra completamente nova. O investimento será duns 58.000 euros, mediante un acordo de cooperación entre a Consellería do Medio Rural e o Concello de Ordes, xa validado no Consello da Xunta. Na actualidade, a ponte presenta un estado “deficiente”, tal como recoñece a Xunta, de maneira que non está garantida a seguridade na circulación nin para vehículos nin para persoas. As dúas tubaxes de aceiro que canalizan a auga presentan importantes roturas e deterioracións nas zonas de contacto coa auga, tal como detallou o Concello. Esta infraestrutura vella será totalmente destruída para construír unha nova, que terá unha luz de sete metros, unha altura de dous metros e unha lonxitude total de oito. Antes de situala, será tamén pre-

ciso acometer un movemento de terras para cimentar o novo pórtico. Unha vez se execute o pórtico, colocarán muros de acompañamento en pedra de granito, reafirmarán o camiño do contorno con zahorra e grava e, finalmente, será situada unha barreira de seguridade. TRES MESES A asignación económica para a ponte repártese entre os exercicios orzamentarios de 2017 e 2018. Non obstante, a Xunta prevé que se poida construír nun prazo de tres meses, a contar desde que sexan contratadas as obras. Tanto a Consellería como o Concello afirman que a nova ponte facilitará os desprazamentos na zona. Unha das razóns é a mellora da seguridade e outra a redución de tempos, especialmente para as granxas que continúan en activo.

As tubaxes metálicas inferiores da vella ponte están moi deterioradas

A vella infraestrutura será destruída para construír a nova completamente de cero

FRADES

TORDOIA

Gastan 60.000 euros en rematar a planta superior do multiusos

A Deputación da Coruña aproba investir 170.000 euros en beirarrúas na Pontepedra

O local levaba anos sen acondicionar e, por tanto, carecía de usoc

O edificio polivalente de Fra-

dos, carecía ata agora de uso a

O pleno da Deputación da Coruña aprobou o investimento de case 170.000 euros na construción de beirarrúas na estrada provincial DP 8401 ao seu paso pola Pontepedra (Tordoia). O proxecto, tal como explica a institución provincial, servirá para mellorar a seguridade viaria e facilitar o tránsito a pé na capital municipal. As beirarrúas prográmanse nas dúas marxes da estrada, que une A Tablilla co Agro do Mestre.

des, situado a carón da Casa do Concello, está en obras. A administración local destina case 60.000 euros a acondicionar o seu andar superior coa colocación dun falso teito, baldosas no solo, a instalación eléctrica, radiadores e o remate das paredes. O local, de 215 metros cadra-

causa do seu estado. A previsión do goberno local é que os traballos rematen durante a primeira metade deste ano. Conta con trasladar a este andar a exposición de apeiros do campo do piso inferior, liberando este espazo para impartir cursos e tamén coa previsión dunha posible biblioteca.

MÁIS DUN QUILÓMETRO En total, son 1.262 metros de beirarrúas, que contarán cun remate de baldosa e con bordos realizados en formigón. Aproveitando que se acometen as obras, a entidade provincial explicou que se canalizarán novas tubaxes para o saneamento e para a recollida de augas pluviais. Tamén se insta-

larán os pozos de rexistro correspondentes. Do mesmo xeito, o proxecto contempla instalar as canalizacións necesarias para a subministración de auga potable e para o soterramento da infraestrutura eléctrica que dá servizo á iluminación pública. Á vez, está previsto que se efectúen diversas melloras na calzada no tramo de beirarrúas, tales como unha nova pavimentación das zonas máis deterioradas e a reposición das liñas e sinais viarias que presenten maior necesidade de renovación. Recentemente, a Deputación coruñesa xa acometeu a mellora do firme desta estrada, que conduce ao Dolmen de Cabaleiros e constitúe unha das principais arterias do municipio ao conectar coa localidade veciña de Trazo e con Santiago de Compostela.


CRÓNICAS - Xaneiro 2018

13

PUBLICIDADE


14

CRÓNICAS - Xaneiro 2018

ACTUALIDADE FRADES

Tramitan a bonificación do IBI para 190 granxas, cunha media de 94 euros cada unha As bonificacións do 95% do importe no imposto da contribución establecidas polo Concello de Frades para explotacións agrarias e gandeiras benefician uns 190 titulares. Para o Concello suporá deixar de ingresar 17.828 euros este ano, o que equival a unha media de case 94 euros por granxa. As solicitudes foron aprobadas en pleno, pois a tramitación require que cada ano se efectúe unha declaración de utilidade e especial interese das explotacións solicitantes para que se poidan acoller á bonificación. Agora é a Deputación, como administración encargada de recadar as taxas e impostos para o Concello, a que aplicará os descontos á hora de proceder ao cobro. Coa bonificación, o Concello ingresará menos de mil euros polas 215 referencias catastrais, pertencentes ás 190 solicitudes, que se acollen á medida. O desconto non se efectúa de xeito automático, senón que son os titulares das explotacións quen teñen que solicitalo.

O orzamento do Concello para 2018 medra en 330.000 euros Os orzamentos do Concello de Tordoia para 2018 xa están aprobados e en vigor. Suman 2.750.000 euros, o que supón 330.000 euros máis que o consignado para o ano pasado. Dese total, case 1.200.000 euros destínanse aos gastos de persoal, para bens correntes e servizos resérvanse uns 763.000 euros, para investimentos reais establécense uns 267.000 euros e os pasivos financeiros absorben case 457.000 euros para o pago de préstamos. As contas contaron coa abstención do BNG e cos votos a favor do goberno (PP) e do resto da corporación. O goberno destacou que o orzamento para 2018 “consolida e ten como principal obxectivo os servizos sociais”. Entre as iniciativas destacadas, figura a construción dunha vivenda tutelada e outros servizos, que precisarán uns 300.000 euros. Outro investimento reseñable é a mellora das infraestruturas nas oficinas muni-

ORDES Nun lugar onde non moleste a biblioteca pública

UxO pide resituar a pista de xeo Unión por Ordes (UxO) solicítalle ao goberno municipal que en próximas ocasións valore outra ubicación para a pista de xeo instalada durante as festas de Nadal, dado que este

COMARCA

TORDOIA

ano xerou molestias ás persoas que utilizan a biblioteca. O emprazamento na Alameda, xusto enriba do espazo cultural, ocasionou ruídos que impediron a con-

cipais. O propósito é adaptalas ás novas tecnoloxías informáticas. Os socialistas aseguran que votaron a favor pese a que non tiveron todos os datos “coa antelación suficiente para ser estudados”, din. Non obstante, valoran que os orzamentos se aproben antes de iniciar o ano, como pediron anos atrás, cando se aprobaban a mediados do exercicio ou incluso máis tarde. Dos diversos datos, comentan que os gastos de persoal recollen xa a dedicación exclusiva de 24.000 euros anuais para a concelleira Inés Santos. ESTRADA A ANXERIZ Na mesma sesión tratouse a reclamación de melloras na estrada que comunica Cabaleiros con Anxeriz, que presenta unha deterioración importante e numeroso tráfico pesado. Os grupos confían en chegar a un acordo unánime para presentar a solicitude ante a Deputación.

centración, nunha época na que moitos estudantes fan traballos ou preparan os exames universitarios deste mes de xaneiro. UxO asegura ter recibido as queixas de persoas que utilizan a biblioteca pública pola situación creada e pídelle ao Concello outra ubicación que non xere molestias.

Nace o blogue ‘Aldeias de Ordes’ para divulgar a toponimia dos sete municipios da comarca Co inicio de 2018, activouse o blogue ‘Aldeias de Ordes’, dedicado a divulgar a toponimia dos sete municipios da comarca de Ordes. Está elaborado por Carlos Calvo Varela, colaborador da sección de Opinión de Crónicas. Esta iniciativa pode consultarse no enderezo de internet https://aldeiasdeordes.wordpress.com. Tamén conta cunha páxina na rede social Facebook, á que se accede en https://www.facebook.com/aldeiasdeordes/. Quen desexe contactar co autor, tamén pode facelo a través do enderezo electrónico aldeiasdeordes@gmail.com. O caderno virtual estreouse cunha entrada sobre o topónimo da aldea dos Lagos, na parroquia de Barbeiros (Ordes), e outros semellantes que existen en varios municipios da zona. Ademais de reflexionar sobre a súa orixe e o seu sentido, o autor aproveita para relatar acontecementos históricos protagonizados por persoas orixinarias do lugar.

A pista, xusto enriba da biblioteca


15

CRÓNICAS - Xaneiro 2018

ESPECIAL ORDES O derradeiro andar do inmoble conta xa con novo equipamento

Conclúen as obras de reforma do antigo consistorio ordense O Concello de Ordes amplía as súas dependencias. A derradeira planta do antigo consistorio xa se atopa completamente reformada tras un período de obras e reestruturación. Investíronse un total de 116.000 euros destinados á execución do proxecto, máis outros 18.000 euros para mobiliario. Nesta última fase executada ao longo dos últimos meses e concluída ao remate do ano, leváronse a cabo o conxunto de actuacións de acondicionamento interior para as distintas concellerías, ademais dunha zona de arquivo, sala de reunións e un total de sete despachos para uso tanto dos concelleiros, concelleiras e persoal técnico e administrativo. A zona está conectada coa edificación lindeira mediante unha pasarela, quedando perfectamente comunicadas e con acceso para todo tipo de usuarios e usuarias ambas as dependencias municipais. As obras realizadas incluíron o levantado de tabiques interiores en xeso laminado con illamento en panel semirríxido, formación de batentes en fiestras, estradorsado da fachada de formigón armado con placas de xeso, instalación de baixa tensión, acristalamentos interiores e instalación de portas e falsos teitos, iluminación e prevención de incendios, ademais das tarefas de pintado e instalación de mobles.

O derradeiro andar conta con despachos, zona de arquivo e sala de xuntas, na imaxe acollendo a reunión dunha comisión informativa con representantes da Corporación municipal

Tamén se levaron a cabo a construción do tramo de escaleiras que comunican o derradeiro piso coa planta inferior, zona destinada a Alcaldía e Secretaría entre outros departamentos como unha sala de reunións. Seguindo coa distribución do inmoble a planta baixa queda destinada a salón de plenos, ao que se lle suma a sala de prensa, outra audiovisual e un espazo para medios técnicos. Ademais cada piso ten con baños propios. NOVA COMISARÍA A todo isto hai que engadir a nova comisaría da Policía Local

de Ordes no soto do edificio. Un espazo do que xa se leva facendo uso dende hai algo máis dun ano e que consta dunha ampla recepción, dous despachos de traballo e atención ao público, unha sala de xuntas, vestiarios, armeiro e arquivo. Deste xeito o goberno local, encabezado por José Luis Martínez Sanjurjo, conclúe case na sua totalidade o proxecto de remodelación do antigo Concello de Ordes. Unha obras iniciadas no ano 2008 e que se viron dilatadas no tempo debido a cuestións técnicas e orzamentarias que obrigaron a paralizar o proxecto en diversas ocasións.

ORDES

Investimento de 30.000 euros na mellora luminosa da vila, con 40 novos equipos LED 30.000 euros é a cantidade que o Concello de Ordes vén de investir neste último mes para a mellora da súa eficiencia enerxética. Concretamente leváronse a cabo a substitución de luminarias por outras de tipo LED, o que reduce considerablemente tanto o gasto de facturación como o consumo enerxético. O dito cambio realizouse nun total de case 40 luminarias situadas en diversos puntos da vila ordense. 7 na rúa Mundito, 11 na rúa Nova, 5 no parque da Constitución, 7 no parque Félix Rodríguez de la Fuente, 5 na rúa Mercado e 3 en Alfonso Senra. Neste último caso, ademais, tamén foi precisa a colocación de novas columnas. Tamén se procedeu coa instalación de 6 proxectores e dúas columnas na zona do tanatorio do Valado (3) e no Campo da Feira (3), solucionándose deste xeito o problema de deficiencia luminosa que se viña rexistrando pola noite. Finalmente fíxose acopio de 24 focos LED para o cambio de iluminación da pista polideportiva do pavillón Castelao 2. Procederase coas tarefas de substitución nas vindeiras semanas, por parte da empresa de mantemento eléctrico municipal. Un cambio que suporá un aforro superior ao 60% e unha considerable mellora nas condicións luminosas.

ORDES

Deportes destina 20.500 euros a novo material e mellorar instalacións O Concello de Ordes continúa co investimento na área de Deportes. Nesta ocasión hai que falar de máis de 20.500 euros para a adquisición de novo material destinado á práctica de moitas das actividades que se desenvolven nas instalacións e polideportivos tanto da vila como das parroquias. Entre os novos elementos figuran pelotas de distintas clases e tamaños, conos, cordas, xavelinas, chalecos, steps, aros, arneses, bancos pliométricos, tobogáns acuáticos, aletas, tapices de distintos tamaños, soportes para danza e distintos recambios para elementos xa

existentes. Ademais, destaca a renovación de maquinaria no ximnasio das instalacións deportivas Iván Raña, un dos espazos municipais máis utilizados polas persoas afeccionadas ao deporte. En total adquiríronse catro cintas de correr e un remo e unha prensa de pernas profesionais, ademais dun novo xogo completo de 24 pesas de man co seu correspondente Parte do novo material instalouse no ximnasio da piscina climatizada Iván Raña banco. Ana Soneira, edil de Deportes, tamén optou pola renovación así como nas dependencias de Vista ción de elementos técnicos e sonode parte do mobiliario. Nestas últi- Alegre, vitrinas para trofeos, mo- ros, ou mesmamente para a correcta mas semanas instaláronse no xim- bles para almacenar o equipamento almacenaxe das caixas de urxencias nasio e no pavillón Campomaior, deportivo e tamén para a coloca- e material sanitario.


16

CRÓNICAS - Xaneiro 2018

ECONOMÍA E TRABALLO GANDERÍA Anuncian unha caída de prezos tras o leve repunte dos últimos meses

As alegrías do leite duran pouco A débil tendencia de suba nos prezos do leite que se rexistrou nos últimos meses podería estar a punto de acabarse. Na vindeira primavera, e quizais incluso antes, estímase que as cotizacións en orixe caerán, aínda que non está moi claro canto. É habitual que os prezos descendan nesta estación. Segundo o SLG, o rumor xa chegou nas últimas semanas a numerosas explotacións da mesma maneira que o fai case sempre: por boca do condutor do camión. “Van afacendo a produtores e produtoras á idea de que a caída do valor do leite é algo inevitable que acontecerá si ou si”, describen esta práctica desde o sindicato. Pero ademais están as previsións da propia Comisión Europea. Despois dun 2017 no que a produción aumentou en toda Europa por mor da demanda de manteiga, en 20182019 contan con que os prezos baixen, precisamente polo aumento dun millón de toneladas por campaña. A nivel europeo, non se prevé que a cotización caia por debaixo dos 30 céntimos, como sucedeu na crise de hai tres anos. Pero, tal como advirte o SLG, o golpe en Galicia será máis duro que no conxunto da UE. A razón é que a media europea acadou os 37 céntimos por litro, mentres que en Galicia a media máxima recente foi de 32 céntimos o pasado novembro. Así as cousas, os Gandeiros franceses, alemáns, austríacos, holande-

Jealfer faise coa marca, o mobiliario e maquinaria de Viriato por 102.000 euros A empresa de Boiro Jealfer, do grupo da conserveira Jealsa, adquiriu a marca, a maquinaria e mobiliario de Viriato por un importe que se situaría en 102.000 euros, de acordo coa información facilitada por varios medios sobre a subasta xudicial da empresa ordense, en liquidación. A intención da nova propietaria da marca é que Viriato volva ao mercado na vindeira tempada de outono-inverno. A produción efectuaríase en Boiro, non na fábrica pechada en Ordes, aínda que se contemplan encargos a obradoiros da nosa zona. Os novos donos manteñen boa parte do equipo comercial que tiña Viriato.

O SLG celebrou en Ordes o seu Congreso do Leite, no que a gandeira vilalbesa Lupe Prado foi elixida como responsable do sector dentro desta entidade sindical

ses ou belgas teñen un colchón capaz de resistir mellor e en Galicia a perda de prezos “co nivel que temos resultará dramática e provocará unha forte crise”, precisan desde o SLG. A todo isto, nas últimas semanas engadíronse os problemas da multinacional Lactalis, cunha considerable implantación en Galicia. Entre unha reclamación da Agencia Tributaria de case 14 millóns de euros e o escándalo do leite en po para bebés contaminado por salmonela, o temor no sector é que os gastos que teña que afrontar esta industria se cubran cunha baixada de prezos. Con esta situación, o sindicato volve pedir a implicación das Ad-

ministracións, posto que considera que os mecanismos establecidos ata agora, como as organizacións de produtores ou o chamado acordo lácteo, “non serven para nada”. VALOR ENGADIDO Neste contexto, a proposta da Xunta para o sector é “seguir creando valor engadido e incrementar a facturación”. Así o explicou o presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, nunha visita a unha cooperativa en Miño. Feijóo sinalou que o leite recuperou prezos en 2017, a produción medrou case un 6% en Galicia, a principal produtora de España, e o sector facturou en Galicia máis de 775 mi-

PREZOS DO LEITE

NOVEMBRO/OUTUBRO (€/litro) Galicia Andalucía Aragón Asturias Baleares Canarias Cantabria Castela-A Mancha Castela e León Cataluña Extremadura Madrid Murcia Navarra Euskadi A Rioxa Valencia ESPAÑA

0,320 0,344 0,326 0,352 0,316 0,444 0,332 0,350 0,332 0,350 0,336 0,343 0,330 0,339 0,350 0,343 0,346 0,334

0,317 0,338 0,318 0,347 0,316 0,450 0,326 0,341 0,330 0,324 0,328 0,337 0,327 0,336 0,346 0,343 0,339 0,328

MEDIAS ESPAÑA NOVEMBRO 2013 0,388 2014 0,342 2015 0,310 2016 0,313 2017 0,334

PRODUCIÓN NOVEMBRO 2016

2017

Galicia 203.383 tn 214.917 tn España 536.086 tn 560.721 tn Fonte: FEGA (03-01-2018)

llóns de euros, un 9% máis que no ano anterior. O titular da Xunta comprometeu apoio ás iniciativas que con innovación e formación desenvolvan novos produtos para responder ás novas demandas do mercado.

TÉXTIL Máis do 30% de salarios da industria en Ordes chegou a ser da costura

Un estudo oficial constata que o téxtil aumentou produtividade pero non soldos Unha análise do Instituto Galego de Estatística (IGE) sobre o téxtil, a confección e o calzado constata que o sector conta cunha elevada produtividade de traballo, que non se traduce nun crecemento semellante nas remuneracións. O crecemento dáse tanto no ámbito comercial como no industrial, se ben neste último é máis lento. De feito, unha das principais características que apreza o IGE no sector nos últimos anos é o crecente protagonismo da actividade comercial en detrimento da parte industrial, que perde peso no conxunto. Nesta mesma liña, outra das conclusións relevantes do estudo é que a perda de postos de traballo na confección de roupa e na industria do coiro e do calzado “é notorio desde 2003, pero o valor engadido non se

reduciu: como resultado os niveis de produtividade incrementáronse”, asegura o documento, no que se avalía a evolución desde 2003 ata 2015. A COMARCA DESTACOU O estudo sinala que na comarca de Ordes, e tamén nas de Bergantiños e de Ourense, o subsector industrial do téxtil destacou chegando a representar o 2% do Produto Interior Bruto (PIB). Ordes, xunto con Arzúa, Moraña, Cabana de Bergantiños e Arteixo, contaba cun mínimo do 30% de afiliados á Seguridade Social no sector industrial que pertencen ao subsector do téxtil, confección e calzado. No conxunto de Galicia, a achega do sector téxtil ao PIB é do 0,9%, practicamente o doble das medias española e europea. En cambio, no veciño Portugal esta cota supera o

2,2%, o país con maior peso desta actividade na economía. SECTOR EXPORTADOR Outras características que destaca o IGE é que importa unha parte moi importante dos produtos que consume, sen moita relación con outros sectores, posto que ten “uns baixos encadeamentos co resto de ramas produtivas, o que limita a súa capacidade de arrastre”, di o estudo. En boa medida polo efecto Inditex, tamén se explica que o sector ten unha elevada incidencia no comercio exterior, máis vinculado co intercambio internacional de mercadorías que coa comercialización de produtos fabricados ou elaborados en Galicia. Por iso, os saldos comerciais destacan moito máis que o desenvolvemento industrial.


17

CRÓNICAS - Xaneiro 2018

XENTE DE AQUÍ ORDES

OROSO

Os cinco premios de Nadal de Acordes recaen en mulleres

UVE Moda gaña o concurso local de escaparates de Nadal

Asunción González, Lourdes Iglesias, Irene Mira Rodríguez, Vanesa López Becerra e María Jesús Gómez Remuiñán. Son as cinco gañadoras do sorteo de premios da campaña de Nadal da Asociación de Comerciantes de Ordes (Acordes). A cada unha delas correspondeulle un cheque de 400 euros para consumir nos establecementos participantes na campaña, uns noventa en total. Con esta iniciativa, Acordes pretende incentivar o comercio local e premiar a clientela máis fiel.

Entrega dos premios do concurso no centro cultural de Sigüeiro (Oroso)

Imaxe das gañadoras difundida por Acordes

O establecemento UVE Moda gañou o concurso de escaparates de Nadal do Concello de Oroso, ao que concorreron trece locais. En segundo lugar quedou Petiscos Doces e o terceiro posto foi para La Bellota. Os premios son de 300, 200 e 100 euros. Foron entregados por integrantes do goberno

municipal encabezado por Manuel Mirás nun acto público. Na votación a través de Facebook, venceu Mi Vestidor Azul, seguido de SanMar Estilismo e por UVE Moda. O sorteo efectuado entre os 890 votantes fixo que Olaya García Fernández gañase unha cea para dúas persoas.

ORDES

ORDES

Concerto de Nadal da Escola Municipal de Música de Ordes

Lourdes Martínez cumpre 25 anos de servizo público

Eli Ríos (esq.), con Goretti Sanmartín, Susana García e Ramón Vilar

O alumnado da Escola Municipal de Música de Ordes ofreceu o seu concerto de Nadal no auditorio da Casa da Cultura, que se encheu de público, en gran medida pais, nais, avós, avoas e outros familiares. O espectáculo contou coa participación duns cen nenos e nenas, que forman parte dos grupos

de música e movemento, piano, guitarra, percusión e o coro. Completaron o programa os grupos de combo rock e combo jazz, máis a banda xuvenil. Como representación municipal, acudiron o concelleiro de Cultura, José Manuel Mira, e a concelleira de Educación de Ordes, Susana García Gómez.

Desde a esquerda, Campos Romay, Lamela e Pedreira, no Museo do Traxe

Lourdes Martínez Mosquera cumpriu 25 anos de servizo público como integrante da Policía Local de Ordes. Por tal motivo, recibiu unha distinción especial nun acto celebrado na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) na Estrada.

Martínez, en declaracións a Crónicas, agradeceu a familiares, amigos e veciños as felicitacións recibidas. Na entrega, á que tamén acudiu o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, foron galardoados máis de cen axentes municipais de toda Galicia.


18

CRÓNICAS - Xaneiro 2018

XENTE DE AQUÍ ORDES

ORDES

Conferencia sobre o ordense e republicano Gerardo Abad

Eli Ríos presenta en Ordes ‘Luns’, premio Torrente Ballester 2016

Desde a esquerda, Campos Romay, Lamela e Pedreira, no Museo do Traxe

Eli Ríos (esq.), con Goretti Sanmartín, Susana García e Ramón Vilar

O ordense Gerardo Abad Conde, que chegou a ser Ministro da Marina na II Repúbica Española, foi o motivo dunha conferencia organizada pola Asociación Cultural Inquedanzas no Museo do Traxe de Ordes. No acto interviron o historiador Luis Lamela, e Antonio Campos Romay, que no seu día foi de-

Eli Ríos, escritora de Lesta (Ordes), presentou a súa obra ‘Luns’ no Museo do Traxe de Ordes. No acto contou coa vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín; a deputada provincial e concelleira ordense Susana García; e o escritor e xornalista Ramón Vilar. Ríos agradeceu a “oportunidade de presentar esta obra na

putado no Parlamento Galego e tenente de alcalde da Coruña. Presentounos o secretario xeral do PSOE de Ordes, Suso Pedreira. Os tres destacaron a Abad Conde como unha das figuras hisóricas máis relevantes saídas de Ordes e suliñaron o seu compromiso social e a necesidade de recuperar a súa memoria.

casa” e lembrou a súa infancia e o seu primeiro contacto coas letras na escola unitaria de Lesta. ‘Luns’ mereceu o Premio Torrente Ballester de Narrativa en Lingua Galega 2016, convocado pola Deputación da Coruña, á que autora lle agradeceu o posicionamento do previo e o importante investimento en cultura.

FRADES

COMARCA

O Bar Vilariño gaña o cuarto Concurso de Tapas de Frades

A Mancomunidade remata un novo curso básico de galego

O alcalde (e), Roberto Rey, e o concelleiro de Medio Ambiente (d), Juan Carlos Portos, entregan o primeiro premio a Xulio Espiñeira, do Bar Vilariño (centro)

A responsable do SNL e parte das alumnas do curso, que portan os diplomas

O Bar Vilariño é o gañador do cuarto Concurso de Tapas convocado polo Concello de Frades. En segunda posición quedou a Adega A Coviña e a terceira posición correspondeulle á Raxería Alba. No certame participaron sete locais e votaron 212 persoas. En-

A Mancomunidade de Ordes rematou un novo curso de lingua galega no nivel básico, organizado e impartido polo Servizo de Normalización Lingüística da propia entidade supramunicipal. No curso participou unha decena de persoas. Desenvolveuse

tre o primeiro e o segundo houbo quince votos de diferencia. O primeiro premio é de 300 euros e unha placa, e o segundo suma 150 euros e unha placa. Entre os consumidores sorteáronse unha cea para dúas persoas e un circuíto termal.

entre outubro e mediados de decembro, de xeito que acumulou unhas corenta horas de formación en total. Á iniciativa acudiron persoas de diferentes procedencias, como Brasil, Croacia, Venezuela, República Dominicana e Colombia.


19

CRÓNICAS - Xaneiro 2018

XENTE DE AQUÍ ÁLBUM Os Reis Magos pasaron por todos os municipios da comarca ordense

A ilusión que pode co frío A tarde de Reis deste 2018 esquivou por pouco a chuvia, que tampouco sería mal recibida despois de meses de sexa extrema. Aínda así, o tempo estivo todo o frío que cabe agardar nunha tarde de xaneiro. Pero a ilusión dos máis pequenos, e tamén de máis dun grande, puido coas baixas temperaturas. Como se xogaban moito esa noite, aproveitaron as festas e cabalgatas organizadas por todos os Concellos da zona para lembrarlles a Melchor, Gaspar e Baltasar as peticións. Ao día seguinte, salvo algunha decepción, chegaría a diversión final do Nadal.

A Cabalgata polas principais rúas de Ordes foi seguida por centos de persoas

Un neno deixa a súa carta en Cerceda

Os Reis Magos saúdan ao chegar a Frades

Despois de seren recibidos no Concello de Oroso, os Reis Magos atenderon os nenos e nenas no pavillón

Os de Oriente, cos nenos e nenas de Tordoia

Actuación infantil para recibir os Reis Magos en Mesía

A Restande (Trazo) os Reis Magos chegaron con burro


20

CRÓNICAS - Xaneiro 2018

DEPORTES ATLETISMO Remataron 2017 con novos triunfos

Éxitos para o club Atlética na Liga Abanca e na Galicia Máster As dúas últimas competicións coas que se pechou o 2017 saldáronse con moi bos resultados para o club Atlética, nutrido de deportistas da contorna. Na VI Liga Abanca, os equipos benxamín masculino, infantil feminino e infantil masculino remataron en cadansúa quinta posición, o que demostra o elevado nivel competitivo que caracteriza a entidade. A nivel individual, destacan as victorias de Juan Loureiro na proba de 500 metros en benxamín masculino, de Martiño Caneda no 60 metros valados e o triplo salto en infantil masculino, de Daniel Loureiro en pértega na categoría infantil masculino, e de Alejandra Souto en pértega e en triplo salto na competición infantil feminina da Liga Abanca. En canto á I Copa de Galicia Máster en pista cuberta, o equipo de veteranas do club acadou a segunda

posición, mentres que o veterano masculino fíxose co terceiro posto da clasificación. NOVOS RÉCORDS Nesta competición, rexistráronse novas marcas galegas por parte de deportistas do club Atlética. A nivel individual, trátase dos de Ángeles Rodríguez (categoría W60) na proba de 800 m, de María José Fraga (categoría W40) na proba de 60 valados, de José Manuel Gonta (categoría M50) en 60 valados. Por equipos de relevos, acadaron novas marcas o feminino W50 integrado por Ana Abuín, Isabel Bermúdez, Isabel Gende e Hortensia Viaño na competición de 4x200 e o masculino M50 conformado por Alberto Vázquez, Carlos Vera, José Núñez e Basilio Bernárdes, tamén na proba de relevos 4x200 da I Copa de Galicia Máster en pista cuberta.

Integrantes do Club Atlética concluíron o seu calendario de competicións de 2017 sumando novos éxitos deportivos en diversas probas de atletismo

BALONCESTO

ATLETISMO

Un partido benéfico dá a Cáritas alimentos e artigos de hixiene

Pena Ferreiro, clasificada para o Campionato de España sub16

Equipos do Hormigones Carral e do Atenea de Ordes no partido solidario

O Hormigones Carral e o Atenea de Ordes disputaron un partido benéfico (39-35 para os de Carral) no que se reuniron uns 150 quilos de alimentos e de produtos de hixiene como doazón a Cáritas de Ordes. Entre o cadro de integrantes do equipo local estivo o alcalde

de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, xogador destacado desta modalidade deportiva durante a súa etapa de estudante. Este encontro solidario e benéfico contou coa colaboración do Concello nas tarefas previas de organización, difusión da actividade e apoio loxístico.

A atleta ordense María Pena Ferreiro logrou a clasificación para o Campionato de España sub16 en lanzamento de xavelina. Pena acadou a marca mínima para esta competición cun lanzamento de 39,13 metros en Vila Nova de Cerveira (Portugal), que ademais supón mellorar a súa propia marca persoal. O campionato de España sub16 está programado para o próximo mes de xuño en Castellón. Ademais, Pena Ferreiro foi convocada pola Real Federación Española de Atletismo para a pasada concentración de Nadal do Programa Nacional de Tecnificación Deportiva na especialidade de lanzamentos, que se celebrou a finais do pasado decembro en León. Nesta cita, a ordense acudiu acompañada polo seu adestrador, José Domínguez Caballero, que estivo na súa calidade de adestrador de formación na concentración.

Pena acadou unha marca de 39,13 metros, o seu mellor rexistro persoal

Pena e o adestrador Domínguez


CRÓNICAS - Xaneiro 2018

21

PUBLICIDADE


22

CRÓNICAS - Xaneiro 2018

DEPORTES ATLETISMO

Recoñecementos aos ordenses na Gala do Atletismo Galego 2017

Atletas da zona e integrantes do Club Atlética A Silva recibiron diversos recoñecementos na Gala do Atletismo Galego 2017, celebrada no Barco de Valdeorras. Ánxeles Rodríguez foi a mellor atleta máster e José Domínguez Caballero o mellor adestrador de promoción. Tamén recibiron distincións Isabel Fernández Bello e Lucía Doval.

SOLIDARIEDADE

Máis de medio milleiro de persoas na I San Silvestre A primeira carreira San Silvestre disputada en Ordes congregou unhas 550 persoas inscritas nas súas diferentes categorías. A proba tivo un enfoque solidario, posto que cada participante entregou un quilo de produtos non perecedoiros ou artigos de hixiene persoal, que se doaron a Cáritas de Ordes. A carreira e andaina tivo un percorrido duns 3.700 metros, con saída desde a rúa situada entre os parques municipais. A San Silvestre estivo aberta á participación de persoas de calquera idade, con inscrición de balde a cambio do xesto solidario. O Concello de Ordes contou coa colaboración do Club Atletismo Ordes, a Federación Galega de Atletismo e Cáritas Ordes para organizar a proba.

TORNEO SOLIDARIO Contribucións de toda a comarca

O décimo ‘Mesía contra o cancro’ recada case 3.200 euros para a AECC

Na imaxe superior, o equipo ‘Abacco’, vencedor na categoría masculina. Abaixo, as integrantes do ‘Pastoriza Trencas’, vencedoras na competición feminina.

A décima edición do torneo solidario de fútbol sala ‘Mesía contra o cancro’ logrou recadar 3.178 euros a beneficio da Asociación Española Contra o Cancro (AECC). O diñeiro procede de achegas de veciños e veciñas, empresas, asociacións e deportistas de Mesía e da contorna. O diñeiro foi entregado ao final da xornada polo alcalde de Mesía, Mariano Iglesias, e o concelleiro de Deportes, José Pardo, ás responsables da AECC en Ordes. O Concello agradeceu a participación dos equipos e a implicación da veciñanza, das empresas e do tecido asociativo. O torneo congregou trece equipos en competición. Entre os equipos masculinos, gañou o ‘Abacco’, co ‘Olas’ en segunda posición. A competición feminina gañouna o ‘Pastoriza Trencas’, mentres as integrantes do ‘Frades FC’ foron segundas e o terceiro posto foi para o equipo ‘Con-

cello de Mesía’. Os encontros, disputados ao longo do derradeiro sábado de 2017 no polideportivo municipal en Olas (Mesía), foron seguidos por varios centos de espectadores. TORNEO INFANTIL Na xornada previa, disputouse ademais o III Torneo Infantil de Fútbol Sala Mesía Solidaria. Neste caso, o evento serviu para recoller uns 150 quilos de alimentos destinados a Cáritas e uns 250 euros a favor da asociación de persoas con discapacidade Amarai, radicada en Boimorto. O equipo ‘Ramón García’ foi o campión infantil, fronte ao ‘Jogafan Ordes FS’. Entre os máis pequenos, venceu o ‘Albixán’ ante o ‘Mesía’, os dous equipos locais. Na mesma xornada, xogaron un partido amigable os nenos cos integrantes de Amarai, nun xesto a favor da inclusión tamén no eido do deporte.


23

CRÓNICAS - Xaneiro 2018

OPINIÓN

“… alí mesmo ao pé de Lagos” Por Carlos Calvo Varela

Abundan por todo o país os topónimos do tipo Lago ou Lagoa, que case sempre fan referencia, antes do que a un lago propriamente dito, a un terreo moi húmido onde apoza a auga con facilidade, funcionando como topónimos metafóricos. Tal debe ser o caso dos lugares dos Lagos (Barbeiros, Ordes), da Lagoa (Queixas, Cerceda) e do Lago (Castro, Mesía). Aínda hai un lugar de Lagares, na freguesía de Boado (Mesía), que pode ser un topónimo deste tipo ou tamén un que se refira a uns lagares reais, para facer viño ou sidra, dos que noutras comarcas da Galiza se encontraron restos arqueolóxicos de tempos castrexos. Sexa como for, o topónimo de Lagares deu pé a un apelido bastante corrente na comarca de Ordes e outras. Un Pedro Lagares tivo a sua propia gabela de bandoleiros en Mesía a comezos do século XIX, coa que se asaltou o 4 de marzo de 1824 a reitoral de Vilasantar, maltratando gravemente ao cura, ao punto de que morreu aos poucos días (1).

En Portugal, o mesmo topónimo que temos en Barbeiros dá nome a unha vila e a toda unha baía do estremo Sur do país, alá onde o galego-portugués se fala con sotaque andaluz. Tras a Revolução dos Cravos a veciñanza máis pobre de Lagos non esperou por capitáns de Abril nin por ordes ministeriais para atallar o seu gravísimo problema habitacional, botándose a autoconstruír as suas propias casas á marxe da especulación imobiliaria. José Afonso inmortalizou aquela experiencia autoxestionaria nunha das súas cancións máis fermosas, “Os Índios da MeiaPraia”. O cineasta António da Cunha Telles, pola súa parte, filmou Continuar a Viver ou os Índios da MeiaPraia. Aínda chegou máis lonxe o topónimo galego-portugués de Lagos – infelizmente da man do imperialismo luso-, dando nome á que hoxe é unha das grandes cidades de África: Lagos, a capital da República Federal de Nixeria. Gomes Eanes de Zurara,

Os paxariños da Alameda Ben saben os paxaros máis vellos que hai unha vella gaivota, que o é máis por conveniencia que por convicción, da que nunca hai que fiarse. Moitos coñecen que ten o espíritu depredador, ideolóxico e carnívoro da aguia. Algúns padeceron a capacidade para facerse pasar por un inofensivo carrizo para poder atacar e lograr o seu obxectivo no momento máis oportuno. Do que poucos están enterados é do perigoso que resulta o seu declive. Ao ver ameazada a súa supervivencia, non demostrou a dignidade doutros veteranos e comezou a trasmutar, unha e outra vez. Era cuestión de tempo que se reciclase ao verse fóra do poleiro e de negarlle acceso ao millo que o hórreo debería reservar para os mellores talentos. O que non se contaba era con que agora se faga pasar por paxaro carpinteiro, coa pouca tradición que hai na familia nin para os esforzos nin para o traballo obreiro. Non.

É moi certo que as tragadeiras da patronal eventual son as que menos sorprenden. Din que o xefe fundador ten un padal multicor co que pode degustar calquera sabor, sen desbotar o menú que lle ofrezan. E a afortunada prole, que non herdou a finura e só parte da intelixencia pero que se destaca pola arrogante plumaxe, ostenta aínda antecedentes máis revirados no cromatismo. Non hai que darlle máis voltas, a clave está nunha soa cor: para os americanos, verde. E atención, que os novos decláranse sorprendidos pero faltoulles tempo para convidar ao menú. Ou foron eles os convidados? Lonxe dos ágapes, o último chío debería ser para os cafés, pero xa todo está contado e tamén é preciso anotar o afogamento do paxaro máis pánfilo que nunca viu a comarca.

cronista de Don Henrique o Navegante, describía na súa Crónica da Guiné (1460) a dantesca imaxe dos escravistas separando a nais e fillos para vendelos no mercado de escravos de Lagos. Visión que doe porque perdían a liberdade dos seus corpos, mais cando menos –o iso achaba Gomes- poderían salvar as súas almas através do bautizo. Voltando ao noso Lagos de Barbeiros, encontramos un veciño destacado durante a II República: José Nouche Maceiras, quen estivo a piques de ser alcalde de Ordes pola Fronte Popular, de non seren suspendidas as eleccións municipais (2). Si foi, finalmente, nomeado 3º tenente de alcalde, pola Izquierda Republicana, da corporación municipal ordense formada en marzo de 1936. Nouche tamén aparece, xunto con José Raña, asinando en nome da Sociedad de Obreros de Barbeiros o manifesto “A los trabajadores y electores en general del Ayuntamiento de Órdenes”, defendendo ás clases

traballadoras e reivindicando a democratización do concello. O manifesto foi lido nun acto republicano realizado no 3 de febreiro de 1936, no Teatro Troche, onde participou como orador o galeguista Ramón Suárez Picallo, entre outros destacados políticos. NOTAS: 1.- Beatriz López Morán, El bandolerismo gallego en la primera mitad del siglo XIX, Sada, Ediciós do Castro, 1995, páxs.. 104 e 113-114. 2.- Manuel Pazos Gómez, Achegamento à Segunda República em Ordes. Documentos, Ordes, Obradoiro da HIstória, 2001.

(Artigo publicado orixinalmente o 1 de xaneiro deste ano para inaugurar Aldeias de Ordes, o novo blog sobre toponimia ordense que nace co comezo do 2018 e ao que se pode acceder entrando en www.aldeiasdeordes.wordpress.com).

Abrir regos sen auga O taquígrafo disléxico Dun tempo a esta parte, os Concellos da nosa comarca apuran a posta ao día do seu urbanismo. Na maior parte dos casos, non era sen tempo. Oroso e Mesía xa hai uns anos que contan con plans xerais de ordenación municipal, e Trazo e Frades lograron aprobalos nas últimas semanas, mentres que o de Tordoia parece inminente -leva anos parecéndoo- e os de Cerceda e Ordes están varados á mercede das capacidades e intereses de cada corporación. A aprobación dos PXOMs é de por si unha boa noticia. É innegable que o urbanismo na comarca necesita orde e seguridade xurídica. A xente ten o dereito, incluso a obriga, de saber a que aterse a efectos do solo á hora de construír unha vivenda ou no desenvolvemento de actividades agrogandeiras, forestais, comerciais ou industriais. A mala noticia foi que durante tantos anos na maior parte dos Concellos non se observase o mínimo interese por parte dos gobernos municipais para sacar adiante os planeamentos. O seu custo económico resulta asumible incluso sen axudas da Xunta e en canto ao custo político (electoral, enténdase) nin está demostrado que sexa negativo nin é algo que os políticos responsables (habelos hainos) deban ter en conta.

Así pois, o que podería tocar agora é avaliar os prexuízos de tanto tempo de inacción, de deixar facer e de incluso incentivar prácticas que se traduciron na perda de oportunidades económicas para a comarca. Mais ese ‘debe’, á parte de padecelo todos, figura xa probablemente na conta de resultados de vellos alcaldes, algúns xa fóra de xogo e outros camiño de estalo. Polo tanto, a pregunta que cabe facerse non é para que serve un plan xeral, senón que utilidade ten a estas alturas un plan xeral nun concello. Parece a mesma cuestión, pero non o é. Un PXOM serve para poder outorgar ou denegar licenzas aténdose á lei e a un criterio obxectivo, un PXOM serve para desenvolver solo industrial e favorecer o asentamento de empresas e o emprego, un PXOM serve para protexer elementos do noso patrimonio histórico e cultural, un PXOM serve para ordenar a paisaxe, un PXOM serve en definitiva para deseñar o futuro... Pero despois de tantos anos de desinterese, de tantas oportunidades perdidas, temos seguro que os plans que se acaban de aprobar van ter esa utilidade? Quizais teñan a mesma utilidade que a de abrir ou conservar regos en tempos de seca. Por se algún día chove.


CRร NICAS

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Crรณnicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Tameiga. Peche de ediciรณn: 18-01-2018. Depรณsito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.