Cronicas comarcadeordes n52 abril2018

Page 1

ORDES

ORDES

Entrevista co alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo

A vindeira fin de semana celébrase Expo Ordes P. 15

Páxs. 20-21

CRÓNICAS Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 52 - Abril de 2018

Green Capital Power paraliza os parques eólicos para redefinilos Os proxectos de parques eólicos Ardemil, en Ordes, e A Pobra, en Mesía, quedaron en suspenso nada máis

comezar a tramitarse. Green Capital Power, a empresa que os promovía, anunciou que redefinirá as súas inicia-

tivas con parques menores a 50 MW, no marco da lei autonómica que regula o sector desde 2014. A decisión pro-

duciuse tras o amplo rexeitamento institucional e social que suscitaron os proxectos pola cercanía a casas. Páx. 2

Alternativas para o téxtil

ORDES

O Plan Xeral agarda por un informe de Augas de Galicia Páx. 4

DEPORTES

Probas ciclistas moi concorridas en Ordes e en Oroso Páx. 36

ORDES

A Cruz Vermella atende 700 casos de exclusión social Páx. 12

OROSO

Presentan un plan de reinserción laboral para vítimas dos ERE, dotado con 1,2 millóns de euros

Páx. 26

Concello e Xacobeo van da man con vistas ao 2021 Páx. 19


2

CRÓNICAS - Abril 2018

ACTUALIDADE COMARCA As iniciativas de Green Capital Power ocasionaron un amplo rexeitamento social e político

A empresa retira os proxectos de parques eólicos e prepara outros de menos de 50 MW Aparcados en vía morta. Así quedaron os tres proxectos de parques eólicos que a empresa Green Capital Power planeaba na comarca ordense. Só presentara no Ministerio a primeira documentación para as consultas previas a institucións e entidades, pero o rexeitamento xeral aos proxectos, dados a coñecer por Crónicas na súa edición anterior, perfílase como unha das causas da retirada da suspensión. Este periódico foi coñecedor da decisión da empresa varios días antes de que se confirmase nunha reunión entre os técnicos delegados de Green Capital Power e o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo. A comunicación foi que retiraban tanto o parque Ardemil (con afección nesta parroquia, en Buscás e en Vilamaior), como o parque A Pobra (sobre Visantoña, Mesía, Bascoi e Xanceda, en Mesía, e Filgueira de Traba, en Cesuras) e o parque Lavandeira (en Curtis e Vilasantar). Os tres presentaban características semellantes, con quince aeroxeradores cada un e potencias duns 50 MW. REDEFINICIÓN Sen embargo, a compañía, vinculada á familia de Florentino Pérez, presidente da construtora ACS e do Real Madrid, non renuncia de xeito pleno a construír parques eólicos na contorna. Os seus novos plans pasan por instalar proxectos de menos de 50 MW. A súa intención é que se acollan á lei autonómica de 2014 que estableceu un novo regulamento, non demasiado restrictivo, para o aproveitamento eólico en Galicia. De momento non hai datas para a presentación dos novos proxectos, que presumiblemente serán unha redefinición dos retirados nada

VIZOÑO (ABEGONDO)

AP-9

VISANTOÑA (MESÍA)

TRABA (CESURAS)

MESÍA (MESÍA)

BASCOI (MESÍA)

N-634

XANCEDA (MESÍA)

Así ía ser o proxecto para producir enerxía limpa desde a espiña dorsal de Mesía O proxecto A Pobra, presentado a consultas previas despois que o Ardemil e para o que o Concello de Mesía prepara alegación, prevía instalar quince aeroxeradores cunha potencia total de 52 MW. A principal incidencia sería en Mesía, nas parroquias de Visantoña (cinco aeroxeradores), Mesía (tres), e a zona elevada entre Bascoi e Xanceda (seis). Outro estaría ubicado en Filgueira de Traba (Cesuras). O proxecto percorrería boa parte da espiña dorsal de Mesía, con altitudes entre 400 e 500 máis comezar a tramitarse. En todo caso, descoñécese ata que punto van ser distintos dos anteriores. A

metros sobre o nivel do mar. Do mesmo xeito que os demais parques agora en suspenso, as máquinas estarían compostas por unha torre de 97 metros de altura e aspas duns 66 metros. A enerxía sería evacuada á subestación de Red Eléctrica no Mesón do Vento-As Travesas. A memoria presentada pola empresa, con algunha referencia errada a Fuentes de la Alcarria (Guadalajara), avaliaba diferentes emprazamentos e explicaba esta elección final en razóns económicas e ambientais.

única novidade neste sentido é que a empresa adiantou que o próximo proxecto que se someterá a consulta

será o de Monte Inxerio, na zona de Mercurín (Ordes). Non trascendeu ningunha previsión de prazos.

A excesiva proximidade a vivendas, principal punto de controversia Tras a reunión cos representantes de Green Capital Power, o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, recolleu con satisfacción a renuncia aos proxectos. O rexedor trasladoulles a “gran preocupación e disconformidade” que existía ante o proxecto inicial, tanto no seu goberno como no “conxunto da veciñanza”. Martínez anunciou que vixiarán de xeito “rigoroso” as novas propostas para que respecten “es-

crupulosamente cada un dos dereitos da xente do municipio”. Nas xornadas previas, o Concello amosara o seu “rexeitamento frontal” ao proxecto. Tamén o fixeron as distintas forzas políticas da oposición. A administración local e o BNG presentaron alegacións ao proxecto ante o Ministerio con argumentacións que presentaban un fondo moi similar. Unha das principais razóns para

rexeitar o parque eólico pretendido era a proximidade a vivendas e a 74 núcleos habitados, a distancias inferiores nalgúns casos aos 80 metros. Tamén se cuestionaba que se ignorase a existencia do Camiño Inglés ou que non se tivesen en conta as afeccións a espazos naturais protexidos. A alegación municipal solicitaba retirar o proxecto ou resituar os aeroxeradores en lugares axeitados. A do Bloque pretendía a declaración

de impacto ambiental desfavorable. A concelleira non adscrita Beatriz Martínez creou en Facebook a Plataforma en defensa dos intereses sociais no parque eólico, pedindo mellor información á veciñanza e que o proxecto non fose “unha nova operación especulativa” que non beneficiase os afectados. O PSOE ofreceu un acto informativo no Mesón do Vento, apoiado no sindicato Unións Agrarias e na entidade Ventonoso.


CRÓNICAS - Abril 2018

3

PUBLICIDADE


4

CRÓNICAS - Abril 2018

ACTUALIDADE ORDES

ORDES O BNG reclama “celeridade” e o goberno asegura que non hai “bloqueo”

Pablo Vázquez Candal toma posesión como concelleiro polo PP

O PXOM agarda por Augas de Galicia

O PP de Ordes recupera un concelleiro. Coa toma de posesión de Pablo Vázquez Candal, suma seis de dezasete. A chegada do novo edil foi posible tras a dimisión de Luis Caamaño, que fora escollido na lista do PP pero que en 2017 rompera co goberno e pasara a ser non adscrito. Deste xeito, o goberno ve aliviada a súa situación de minoría no pleno, ao que tamén contribúe a ruptura do grupo de UxO, que mantén tres edís, á vez que outros tres son non adscritos e tenden a votar en sintonía co PP.

A tramitación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Ordes atopa nestes momentos o seu maior obstáculo no informe que o organismo autónomo Augas de Galicia ten pendente de emitir. Así o revelou o goberno municipal, que sinala que tal documento “está fundamentalmente condicionado” polo contido dunha sentenza que hai uns meses anulou o PXOM de Verín. A situación do PXOM, aprobado inicialmente o 16 de marzo de 2016, foi descrita detalladamente a finais deste mes de marzo nunha reunión entre o equipo técnico redactor do plan e concelleiros das distintas forzas políticas presentes no pleno municipal. Ademais de agardar o pronunciamento de Augas de Galicia, os responsables do documento teñen que dar resposta aos cambios no catálogo arqueolóxico e arquitectónico solicitados por Patrimonio, ao informe de telecomunicacións, á influencia das estradas autonómicas e estatais sobre a delimitación de núcleos rurais, e ao informe ambiental que cuestiona especialmente a superficie total prevista para o polígono industrial nas inmediacións da AP-9 en Pardiñas (Poulo), que o in-

forme considera que debe calificarse como de interese supramunicipal. OS RITMOS Tras a reunión co equipo redactor, o BNG de Ordes considera que a tramitación do PXOM “leva dous anos atascada” e reclamou “maior celeridade”. Os nacionalistas, por boca do seu portavoz, Pablo Vidal, afirman que “non é de recibo que se levantase a suspensión de licenzas de dous anos que establece a lexislación e aínda non se analizasen as alegacións da veciñanza”. O Bloque fai fincapé na relevancia do plan para o municipio e empraza ao alcalde “a non antepoñer un interese electoralista ao interese xeral da veciñanza”, sen “retrasar a tramitación para facer cadrar datas coas vindeiras eleccións municipais”, din. Tanto o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, como o equipo redactor negaron que exista “bloqueo” no PXOM. Tal como explican, nos últimos meses as reunións cos departamentos que emiten os informes sectoriais son constantes. Lembran que eses informes son imprescindibles para chegar á aprobación provisional do plan e “por tanto afectan á resolución das alegacións dos veciños”.

ORDES Aprobada a proposta do Bloque para darlle un uso ecolóxico a tres hectáreas

O goberno adquire o compromiso de crear un bosque autóctono no polígono O goberno de Ordes asumiu o compromiso de crear un parque con especies autóctonas na zona verde do polígono industrial de Merelle, que ten unha extensión de 2,8 hectáreas e está situada nun extremo do recinto empresarial. A proposta foi presentada polo

grupo municipal do BNG e aprobouse por unanimidade no pleno. Os nacionalistas explicaron que a situación actual do terreo non ofrece case ningún valor ambiental, polo que habería que buscarlle un aproveitamento axeitado. A idea aprobada consiste en plan-

tar a zona con castiñeiros, carballos e nogueiras, deixando unha marxe franca de cincuenta metros con respecto ás demais parcelas do polígono. Entre as árbores, ademais, quedaría o espazo suficiente para facilitar as tarefas de mantemento e roza da parcela.

O goberno ordense mantén o seu propósito de lograr a aprobación provisional do PXOM antes de que se convoquen as municipais do ano próximo e reclama “implicación de todas as forzas políticas” ante as reunións sobre os informes sectorais previstas para os vindeiros meses, vitais para dar resposta ás máis de 700 alegacións recibidas. En canto á suspensión de licenzas, o executivo local sinala que é o trámite habitual aos dous anos da aprobación inicial de calquera PXOM e que “en ningún caso vai supoñer un prexuízo á veciñanza”, senón “todo o contrario ao posibilitar dar licenzas para executar obras que ao longo destes dous anos estiveron paralizadas por falta de concordancia entre as normas vixentes e o planeamento aprobado inicialmente”. O goberno incide ademais no seu “compromiso firme” con que Ordes teña un PXOM “canto antes pero con seguridade xurídica máxima”, segundo precisa. Ofrece a “maior dilixencia” e reclama “que ninguén interesadamente desvíe a atención do fin principal, aprobar o documento, e obstaculice o traballo na busca de réditos políticos”, en contestación aos nacionalistas. Os nacionalistas propoñen que os exemplares que se planten sexan micorrizados, é dicir, que porten semente de variedades micolóxicas para “favorecer as condicións para a produción de cogomelos, o cal incrementaría máis se cabe o valor ecolóxico da zona”, defenden. O acordo non establece prazos para facelo efectivo. Unicamente insta ao alcalde a levar a cabo as actuacións necesarias para crear o parque autóctono no espazo reservado a zona verde do polígono industrial e de acordo cos criterios expostos na moción do BNG.

EN RAFRA FACER A DECLARACIÓN SÁELLE GRATIS

SE DURANTE A CAMPAÑA DE RENTA CONTRATA UN SEGURO DE VIDA *Prima mínima 150€

Facémoslle Gratis a declaración da Renta O prazo da oferta é ata o día dous de xullo, data do remate de presentación da declaración da Renta


CRÓNICAS - Abril 2018

5

PUBLICIDADE

¿Conoces el proyecto educativo de Trastes? Ven y te lo explicamos en persona Escoger la escuela infantil de nuestros hijos no es una tarea sencilla, porque es imprescindible que tengamos confianza en la calidad de sus servicios. En primer lugar debemos tener en cuenta que las escuelas infantiles desarrollan un servicio educativo reglado, regido por ley en numerosos aspectos (titulación del personal, instalaciones, equipamiento, comida, higiene). Por eso, a diferencia de otros servicios ofrecidos para hacerse cargo de niños, las escuelas infantiles están sometidas a numerosas inspecciones y controles periódicos que garantizan su correcto funcionamiento. Por otra parte está el proyecto educativo. Siguiendo la normativa vigente al respecto, Trastes Centros de Educación Infantil cuenta con un proyecto innovador, original y de propia autoría, que está basado en la estimulación temprana y en la enseñanza del inglés desde el aula de 0 a 1 año. Dicho proyecto incluye material didáctico con el que trabajan los niños y niñas durante cada trimestre. Las familias reciben comunicaciones trimestrales en las que se explican los aspectos que van a ser trabajados en el aula, junto con pautas para que presten su colaboración desde el hogar. Al final de cada trimestre, cada alumno se lleva a casa el proyecto educativo que ha reali-

zado en la escuela (también los bebés), junto con la evaluación educativa de su tutora, en la que da cuenta del progreso del alumno observando numerosas variables revelan su evolución en las distintas vertientes que atañen a su desarrollo: conocimiento

escuelaContalento: La asistencia pedagógica profesional más cercana Enfrentarse a una nueva etapa educativa es complicado, porque a veces el nivel de exigencia académica cambia mucho entre un curso y el siguiente. Si a vuestro hijo se le atraganta alguna materia, tiene problemas de comprensión lectora o le cuesta aprenderse una lección, podéis contar con la ayuda profesional de escuelaContalento, que ofrece sus servicios en Sigüeiro y Ordes. escuelaContalento cuenta con profesionales multidisciplinares para ayudar a cada alumno a superar su dificultad académica, de forma personalizada y desde el análisis de la raíz del problema. De hecho, las familias tienen a su disposición el Gabinete Psicopedagógico y Logopédico. Consultadnos sin compromiso

sobre las necesidades específicas de vuestro hijo y el programa que os podemos ofrecer para ayudarle. Actividades de ocio escuelaContalento ofrece además servicios de ocio educativo personalizables, en el que se pueden incluir juegos en grupo, actividades de movimiento, juegos de agua, hinchables… Asimismo, disponemos también del servicio ChildCareContalento, servicio de asistencia a domicilio para el cuidado de bebés y niños en ausencia de sus padres. Nuestro teléfono principal de contacto es el 881 981 905. También podéis consultarnos por escrito en oroso@escuelacontalento. es

de sí mismo y autonomía personal; conocimiento del entorno; y comunicación y representación. Concertad una visita Si estáis buscando una escuela infantil nos gustaría explicaros con de-

talle cómo trabajamos. Para ello la directora del centro está a vuestra disposición para mostraros nuestras instalaciones y solventar todas vuestras dudas. Cómo es la rutina diaria, experiencias, bits de inteligencia, música, masaje de bebés, menú mensual, salidas al exterior, psicomotricidad, el libro viajero, informes diarios vía móvil, servicio de webcam… Para nosotros la comunicación y transparencia con las familias es la clave de la calidad de nuestro servicio. No dudes en concertar una visita llamando al 981 690 944 o bien a través del correo electrónico oroso@ escuelainfantiltrastes.es. Tienes también toda la información sobre nuestro proyecto en www.escuelainfantiltrastes.es. Tu red Trastes Centros de Educación Infantil en A CoruñaA Grela, A Coruña-Los Rosales, Madrid, O Carballiño-Ourense, Oroso, Paracuellos de Jarama, Poio-Pontevedra, Puertollano, Santiago, Valencia, Valladolid-Parquesol y Valladolid-San Cristóbal.


6

CRÓNICAS - Abril 2018

ACTUALIDADE OROSO A concentración de Cardama, Senra e Vilarromariz chega á fase final

PSOE e PP pugnan por atribuírse o mérito de rematar unha parcelaria

vai ser a fase final do proceso. Unha data clave foi este 2 de abril, dende o que xa se pode tomar posesión das fincas de prado, pasto, labradío sen colleita e monte. Nos demais casos, hai que agardar á retirada da colleita

OPORTUNISMO O PP de Oroso, a través das súas redes sociais, considera que a actitude do goberno local é unicamente a do “oportunismo”. A formación que lidera Alexander Doval sinala que o alcalde se acorda de convocar á veciñanza a unha reunión cando a concentración parcelaria está practicamente rematada. O principal grupo da oposición contrapón este encontro promovido polo Concello coas múltiples reunións que o PP organizou nos últimos anos para explicar o proceso, algunha delas coa propia conselleira de Medio Rural, e que tamén foron criticadas por partidistas.

de 3,8 millóns de euros, mentres que a da zona santiaguesa ascende a 1,3 millóns. A achega autonómica serve para financiar o 80% do que custan os descontos aplicados nos billetes interurbanos e todo o importe dos transbordos co autobús urbanos, que resultan de balde para as persoas que utilizan o servizo.

As restantes contías coas que se financian os plans proceden dos Concellos. Na área da Coruña, son dezasete entidades locais, que en 2019 deberán achegar uns 640.000 euros para cofinanciar o plan. Na área de Santiago, son dezaoito Concellos e pagarán 282.000 euros o vindeiro ano.

Persoas con propiedades en Cardama, Senra e Vilarromariz, na reunión sobre a parcelaria convocada polo Concello de Oroso

Rematar unha concentración parcelaria, aínda que sexa máis de vinte anos despois de iniciala, semella unha baza electoral que non se debe desaproveitar. Así se podería entender a pugna entre o PSOE e o PP de

Oroso por atribuírse o mérito da conclusión da parcelaria das parroquias de Cardama, Senra e Vilarromariz. Por parte do PSOE, o alcalde, Manuel Mirás, convocou os veciños e veciñas da zona para explicarlles como

COMARCA

Prorrogan os plans do transporte metropolitano A Xunta autorizou os investimentos necesarios para prorrogar durante 2019 os plans de transporte metropolitano das áreas da Coruña e de Santiago. Na comarca ordense, forman

parte delas Cerceda e Ordes, no plan da Coruña, e Ordes, Oroso e Trazo, no plan de Santiago de Compostela. A prórroga do plan coruñés supón para o goberno galego o gasto

actual. E a madeira, cando corresponda, debe retirarse antes do vindeiro 2 de outubro. O rexedor citou tamén que a concentración supón pasar de 10.798 a 1.505 parcelas, pertencentes a 813 persoas, e que o investimento (autonómico) foi de 4,3 millóns de euros, dos que 3,7 empregáronse na construción da rede de camiños e o resto nos traballos técnicos. Mirás felicitou “á Xunta, aos propietarios dos terreos e ao propio Concello de Oroso polo intenso traballo para que este proxecto chegue a bo termo, despois de máis de vinte anos de loita e duro traballo”, asegura o alcalde de Oroso.


CRÓNICAS - Abril 2018

7

PUBLICIDADE


8

CRÓNICAS - Abril 2018

ACTUALIDADE ORDES O proxecto custou 60.000 euros e foi financiado pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

Conclúe a posta ao día do local social de Poulo Por dentro e por fóra. O local social de Poulo beneficiouse de diversas reparacións e melloras acometidas cun investimento duns 60.000 euros da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER). No exterior, o recinto do local conta cun novo peche perimetral cun valado de formigón e malla metálica. Tamén se colocaron portais e unha porta de acceso peonil, unha varanda de apoio na rampla exterior e a conexión co abastecemento de auga potable. Dentro, destaca a instalación de radiadores eléctricos programables, luminarias de tecnoloxía led e detectores de presenza asociados á iluminación en zonas de paso. Incorporouse ademais unha porta interior cortaventos na entrada, mobiliario de cociña e novas pechaduras de seguridade. O rocho foi acondicionado e efectuáronse tarefas de pintado interior e exterior. O remate das obras foi supervisado polo delegado provincial da Xunta, Ovidio Rodeiro, acompañado

polo delegado de Medio Rural, Manuel Rodríguez, o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, o director do AGADER, Miguel Ángel Pérez Dubois, e o secretario xeral desta entidade, Severiano Álvarez. O Concello anunciou que nos vindeiros meses acondionará as inmediacións do local, con firme para nivelar o terreo onde se celebran as festas da parroquia. A intención é evitar a acumulación de auga habitual no terreo. O goberno ordense destaca a importancia desta intervención no local, utilizado para as actividades da parroquia e pola Asociación Cultural Camiño Real, de baile e música galegos, que suma case douscentos socios e socias. A financiación de AGADER forma parte dunha serie de proxectos clasificados como singulares. Durante 2017, executáronse uns quince en toda Galicia. Na comarca de Ordes, ademais do local social de Poulo, destaca a humanización da contorna das ruínas da torre fortaleza de Mesía, situada na Pobra (Bascoi).

FRADES

Entra en vigor o Plan Xeral de Ordenación Municipal O Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Frades entrou en vigor a finais de marzo, despois de ser publicada a súa aprobación definitiva no Boletín Oficial da Provincia.

Era o derradeiro trámite que precisaba o documento, do que ata agora o Concello carecía, aténdose a unha normativa desfasada. A tramitación prolongouse case oito anos. O

Visita de responsables autonómicos co alcalde aos traballos acometidos no local

maior parón debeuse ás características da primeira versión do plan presentada, que a Xunta rexeitou por conter previsións nada realistas sobre o futuro do municipio, obrigando a rectificar numerosos aspectos. O PXOM xa tiña a aprobación autonómica desde principios de ano, pero non foi inscrito no Rexistro de

Planeamento Urbanístico de Galicia ata hai unhas semanas. Isto impediu a súa publicación no boletín e, por tanto, retrasou un par de meses máis a súa entrada efectiva en vigor. O alcalde, Roberto Rey, agarda que o PXOM sexa positivo “e permita un maior dinamismo nos nosos sectores produtivos”.

5 anos


9

CRÓNICAS - Abril 2018

ACTUALIDADE ORDES Reservan 500.000 euros coa intención de licitar este ano e rematar o vindeiro

TORDOIA

A única obra dos Presupuestos para a comarca é a nova rotonda de Ordes

Pérdese en Numide un home de 84 anos e localízano de madrugada no monte

A nova rotonda e paso inferior da N-550 na saída sur de Ordes é a única obra que conta cunha asignación económica relevante no proxecto de Presupuestos do goberno central para este ano, aínda sen aprobar. Neste exercicio aparecen 500.000 euros, deixando para 2019 os 700.000 necesarios para completar o proxecto. O propósito, a expensas de que a aritmética parlamentaria permita aprobar as contas, é que a obra poida saír a contratación este ano e durante o próximo cheguen a rematarse as obras. O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, é consciente das dificultades do goberno central para sumar apoios abondo, pero “apela á confianza á hora de falar do cumprimento dos prazos”. O rexedor constata que estamos ante o “primeiro paso para chegar a facer realidade este proxecto tan necesario non só para a veciñanza de Ordes, senón tamén para o tecido empresarial e comercial, así como para os peóns, condutores e condutoras que transitan pola nosa vila”.

rior dun metro cada unha. Tamén se conectará o carril bici e o paseo da marxe esquerda da N-550. E o paso inferior, duns 25 metros de longo, seis de ancho e 2,60 de gálibo, ofrecerá seguridade adicional para os peóns e ciclistas. O proxecto contempla ademais a sinalización, a instalación de corenta puntos de luz e a iluminación do paso inferior, entroutros elementos.

Plano da intersección proxectada

A obra mellorará a conexión entre a estrada N-550 e a rolda leste mediante unha glorieta de 38 metros de diámetro exterior, con dous carrís de 4,5 metros e beiravías interior e exte-

OPORTUNISMO O proxecto de rotonda e paso inferior, que xa se dera a coñecer o pasado mes de xaneiro tras unha reunión do alcalde ordense con responsables do Ministerio de Fomento, é a única concesión relevante á comarca nos Presupuestos. Outras iniciativas, como as variantes de Ordes e de Sigüeiro, nunha hipotética infraestrutura que serviría de alternativa á N-550, figuran con partidas que se poden considerar simbólicas, para estudos técnicos, e que levan practicamente unha década repetíndose sen chegar a executarse.

O veciño, no vehículo da Garda Civil

Un home de 84 anos, veciño de Liste, na parroquia de Numide (Tordoia), perdeuse na tarde do 4 de abril. Entrada a noite, a familia, ao non dar con el, avisou á Garda Civil. O posto de Ordes artellou un dispositivo de busca no que colaborou a unidade especial USESIC e tamén veciños e veciñas. O home foi atopado de madrugada tirado nunha silveira do monte das Medorras, a uns dous quilómetros e medio da súa vivenda. Estaba desorientado e con frío, pero ileso. Precisaba a medicación para a tensión e a glucosa que toma habitualmente.


10

CRÓNICAS - Abril 2018

ACTUALIDADE COMARCA Apreza “indicios de delito” no caso pola tardanza en ser atendida e pono en coñecemento do xulgado

A Fiscalía denuncia a morte dunha paciente nos corredores de Urxencias do Hospital Clínico A Fiscalía denuncia as circunstancias da morte dunha paciente nos corredores de acceso de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago ao aprezar “indicios de delito”. O falecemento produciuse en febreiro de 2017, mentres a muller agardaba ser atendida. A denuncia inicial deste caso partira do sindicato dos profesionais médicos CESM-O’Mega. A Fiscalía avaliou os feitos e falou con testemuñas, o que agora a levou a presentar a denuncia no xulgado de garda, que terá que determinar se houbo neglixencia ou atención deficiente. A acción da fiscalía vai contra a Xunta de Galicia, como responsable do funcionamento do centro hospitalario. En comunicación con diversos medios, a Consellería de Sanidade ofreceuse a colaborar coa Xustiza para aclarar os feitos. Non é o primeiro caso deste tipo que sucede no servizo hospitalario de Urxencias de referencia para a comarca de Ordes. Nos últimos anos producíronse tres falecementos nos

greso”. Detalla que hai 69 sitios para atender e que de media acumulan entre 15 e 30 persoas pendentes de ingreso, á vez que 14 dos espazos están sen dotación de persoal e só abren cando se incorpora o reforzo.

Concentración de persoal do CHUS reivindicando poder dar unha boa atención

corredores do servizo en circunstancias semellantes. A media é dun cada ano, cun perfil de “pacientes graves agardando espazo para seren atendidos”, segundo Fátima Nercellas, delegada sindical de CESM-O’Mega. A representante sindical “aplaude” a decisión da Fiscalía e lembra que xa hai tres anos convocaron unha folga por carecer de espazos para traballar

en Urxencias e para reivindicar máis persoal. Lograran un médico máis no turno de noite, pero non máis espazos, o que fixo que acudiran ao xulgado do social. Nas últimas semanas houbo concentracións do persoal pedindo máis medios. Nercellas explica que o servizo de Urxencias está sendo usado “como almacén de pacientes pendentes de in-

“MALTRATOASISTENCIAL” Desde a Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS contextualizan estes falecementos sen atención na situación de “maltrato asistencial” que ao seu xuízo se vive nas Urxencias do hospital santiagués, con continuos episodios de colapso. Esta organización desvelou que no mesmo día en que se coñeceu a denuncia, o 26 de marzo, pouco antes das tres da tarde había sete pacientes graves no corredor en cadeiras de rodas e padiolas, aínda tendo 16 espazos libres na sala de observación e un nivel de ocupación de camas do 60%, segundo expoñen. O colectivo de pacientes e usuarios critica que os responsables da xestión do hospital “sigan sen darse por aludidos”.

Saúda do Alcalde, Festa da Troita 2018 Para todos os veciños e veciñas de Oroso, é un orgullo e un motivo de ledicia acoller a XXII Festa da Troita. Como cada mes de maio, demostraremos que somos un concello acolledor, con moito que ofrecer desde un punto de visto gastronómico, paixasístico e lúdico. Pasaron máis de dúas décadas desde a primeira edición desta festa, alá polo ano 1997. Agora temos un evento xa consolidado e tamén unha oportunidade para promocionar o noso concello. Oroso é natureza e hospitalidade, un lugar de parada no Camiño Inglés a Compostela cunha protagonista durante os días 11, 12 e 13 de maio: a nosa troita. Sempre é un bo momento para saborear este manxar dos ríos e pasear polos sendeiros naturais de Oroso, pero como ben sabedes a Festa da Troita é moito máis: música de día e de noite, cultura, maxia e actividades para todas as idades. A promoción dos tesouros naturais e dos produtos da nosa terra debe ser unha prioridade para todos os galegos e galegas. Desde o Concello de Oroso queremos contribuír nesta tarefa e por iso traballamos ao máximo para que a Festa da Troita de 2018 sexa inesquecible.

Manuel Mirás Alcalde de Oroso

No amplo programa deste ano, hai espazo para as orquestras, os bailes, os tradicionais campionatos de pesca, espectáculos de maxia, obradoiros infantís, charangas… e como non, a nosa mascota Troi estará polas rúas animándovos a participar na degustación da troita e no tradicional xantar popular o domingo 13 de maio. Como alcalde de Oroso, estou na obriga de dar como cada ano as grazas a todas aquelas persoas que traballaron moi duro durante moitos meses para que a festa sexa un éxito: a todo o meu equipo de goberno, o persoal do concello, os establecementos de hostalaría, Protección Civil, Policía Local, Garda Civil, músicos invitados, pescadores e expositores. E como non, o meu agradacemento para todos vos, veciños e veciñas, pola vosa participación nesta festa e polo agarimo con que tratades aos máis de 30.000 visitantes que enchen as rúas do Concello de Oroso. Festa de Interese Turístico Galego desde o 2009, no mes de maio somos a capital da gastronomía e dos eventos populares en Galicia polo esforzo de todos e cada un de vos. Grazas e a desfrutar!


CRÓNICAS - Abril 2018

11

PUBLICIDADE


12

CRÓNICAS - Abril 2018

ACTUALIDADE ORDES

ORDES O balance 2017 confirma os maiores e a infancia como colectivos preferentes

Os tres agresores diante da discoteca en 2013, condenados a prisión e a indemnizar a vítima

A Cruz Vermella atende case 700 casos de exclusión social en Ordes

Sucedeu en xullo de 2013 diante da discoteca que entón aínda funcionaba no Campo da Feira de Ordes. Un home foi agredido polas costas por outros tres, dous deles veciños de Ordes, e unha vez que o botaron ao chan continuaron golpeándoo. As feridas ocasionadas levárono aos servizos sanitarios, onde comprobaron que lle desviaran o tabique nasal. Tivo que ser sometido a unha operación cirúrxica para resolver este problema. A recuperación levoulle case 250 días, dos que en trinta estivo impedido laboralmente. Agora xa hai sentenza xudicial. A Audiencia Provincial condenou por un delito de lesións aos tres agresores a penas de cárcere de dous anos e un mes, un deles, e de ano e medio, os outros dous. Tamén teñen que indemnizar a vítima con case 6.500 euros, a súa irmá -que presenciou os feitos e foi golpeada cando tratou de intervir- con 100 euros e ao sistema sanitario público galego con máis de 1.000 euros polos gastos ocasionados. Para probar os feitos foi determinante a colaboración das testemuñas. Tanto o agredido como súa irmá identificaron os agresores con claridade, pero tamén outras persoas que se atopaban no lugar nese momento relataron como sucedeu todo.

Os efectos de desigualdade social da crise económica e financeira maniféstanse a cada pouco con novos datos. Unha mostra é o balance anual da Cruz Vermella de Ordes, que sitúa en 696 as persoas en risco de exclusión atendidas pola entidade durante 2017. A estes casos ofrécenlles atención urxente a necesidades básicas, reparto de alimentos ou entrega de bens de primeira necesidade. En total, durante o ano a Cruz Vermella efectuou 734 entregas de produtos de hixiene, sanitarios, produtos alimenticios e material didáctico, así como o pagamento das facturas de subministracións.

ORDES

Recuperan o cadáver dun home duns 40 anos no depósito de auga da estrada da Barcula A Garda Civil recuperou o corpo sen vida dun home duns 40 anos de idade do depósito de auga para usos agrícolas e extinción de lume situado na estrada que vai á Barcula, na parroquia de Ardemil (Ordes). Os feitos sucederon na tarde do 14 de abril. O falecido era natural da zona e, segundo diversas fontes, residía no municipio de Abegondo e traballaba nunha empresa con sede en Mesía. Desde o primeiro momento desbotouse que se tratase dunha acción criminal ou que a morte se debese a un accidente.

MAIORES E INFANCIA Tras os casos de exclusión social, un ano máis confírmase que os colectivos de atención preferente da Cruz Vermella en Ordes son a terceira idade e a infancia. Nos maiores, destaca o programa de teleasistencia, que o ano pasado beneficiou a 89 persoas. Este sistema permite que persoas que viven soas ou pasan moito tempo sen compañía poidan sentirse seguras e ser autónomas e á vez seguir vivindo nos seus domicilios. En canto á infancia, a promoción do éxito escolar da Cruz Vermella

Público que asistiu á presentación da memoria 2017 da Cruz Vermella en Ordes

conta coa participación de 27 nenos e nenas. Nos obradoiros de coeducación e educación non sexista participou máis dun cento de escolares e tamén foi elevada a repercusión das charlas sobre saúde, que chegaron a 352 nenos e nenas, e sobre prevención da violencia de xénero, que recibiron 553 menores. Outras iniciativas da Cruz Vermella ordense son as clases de castelán para migrantes, ás que asistiron 26 persoas, e as de alfabetización de

adultos, con 14 alumnos e alumnas. O balance de 2017 da Cruz Vermella recolle ademais que a súa asemblea comarcal en Ordes conta con 63 persoas voluntarias que colaboran na súa actividade. A memoria foi presentada polo presidente comarcal da organización, Manuel Viqueira; pola presidenta provincial, Mercedes Casanova; e pola concelleira de Benestar Social de Ordes, Susana García, ante socios, voluntarios e concelleiros.

OROSO Contra os recortes introducidos polos gobernos durante os últimos anos

O BNG de Oroso organizou un acto en defensa do sistema público de pensións

O Bloque considera imprescindible defender e manter as pensións públicas

O BNG de Oroso organizou en Sigüeiro un acto en defensa do sistema público de pensións, que se ve

seriamente ameazado polas políticas gubernamentais na actualidade. No acto interviron Isabel Fernández,

do BNG de Oroso; Anxo Louzao, ex secretario nacional da CIG Ensino; e Montse Prado, parlamentaria do Bloque na cámara autonómica. Fernández fixo fincapé na importancia de defender e manter as pensións públicas, que considera “unha prioridade e un dereito para toda a sociedade”. Louzao explicou os recortes introducidos polas reformas de 2011, do goberno do PSOE con apoio de UGT e CCOO, e en 2013, do goberno do PP. Sinalou o retraso na idade de xubilación, o aumento dos anos para o cálculo da base reguladora, o incremento de anos cotizados para cobrar a pensión completa ou que as pensións non suban como o custo da vida que marca o IPC. Montse Prado expuxo que as pensións galegas son as máis baixas.


CRÓNICAS - Abril 2018

13

PUBLICIDADE


14

CRÓNICAS - Abril 2018

ACTUALIDADE CERCEDA

ORDES Queixas veciñais durante os últimos meses polas incidencias

A detida en 2016 por prender varios lumes acepta catro anos e medio de cárcere

Molestias en Poulo polos cheiros durante a reparación da depuradora

A veciña de Cerceda detida en agosto de 2016 como suposta autora de varios incendios forestais aceptou catro anos e medio de cárcere no inicio do xuízo. Aínda que a acusación lle pedía dezaseis anos, houbo acordo de conformidade para rebaixar a pena. De acordo coa versión da fiscalía, a detida, de 56 anos de idade, poñía lume sempre nas mesmas zonas e ás mesmas horas. Era no camiño de volta despois de levar ao seu marido ao traballo. Cando foi detida portaba no seu coche seis chisqueiros, unha caixa de fósforos, cinco candeas aromáticas e varios papeis que presuntamente utilizaba para avivar o lume unha vez prendido. As investigacións sobre as que se fundamenta a acusación aprezaron ata dezaseis focos de lume nunha mesma mañá, algúns moi próximos a vivendas habitadas e en xornadas moi calurosas, chegando a calcinar monte arborado.

O funcionamento da depuradora situada na Lavandeira, en Poulo (Ordes), ocasionou durante os últimos meses considerables molestias entre a poboación, especialmente cheiros que se podían percibir a certa distancia, tal como relata unha veciña. Un dos episodios máis recentes deste problema viviuse entre finais de marzo e principios de abril. Tal como sucedera noutras ocasións, os responsables de mantemento da empresa concesionaria do servizo de saneamento retiraron a tapa do equipo para unha reparación, o que segundo a veciñanza contribúe a expandir o olor. DESCULPAS Desde o Concello explicaron que nesta ocasión tratábase dun arranxo programado, que obrigou a levar parte do equipo fóra das instalacións e que mellorará o funcionamento do servizo. A depuradora continuou traballando dentro de parámetros de normalidade cos elementos que lle quedaban durante os quince días

Vista do equipo que tivo que ser desmontado quedando ao descuberto

nos que se estimou a duración da intervención. De todos os xeitos, o goberno local requeriu que a empresa volvese poñer canto antes a capota, algo que se fixo ás poucas horas. O executivo ordense pediu desculpas polos cheiros. Na zona, os veciños contan que

nos últimos meses as avarías foron continuas e que a situación chegara a ser moi desagradable coas altas temperaturas dos meses do verán. Mediante unha imaxe de ‘Google Maps’ tomada por aquela época, demostran que xa entón os equipos quedaron ao descuberto.

MESÍA

ORDES

A Deputación mellora a seguridade de dúas sendas

Solicitan á Xunta que os dous pediatras do centro de saúde estean a xornada completa

A Deputación da Coruña iniciou as obras de mellora da seguridade viaria para os peóns das sendas en dúas estradas provinciais de Mesía: a que vai de Lanzá a Boimorto e a que une Castro coa N-634. O investimento nesta intervención é de case 73.000 euros. A previsión é que os traballos rematen en medio ano. Nun tramo da estrada de Lanzá a Boimorto, na marxe esquerda construirán unha senda con zahorra e aglomerado en quente sobre toda a superficie. Levará un bordo prefabricado na marxe exterior e formará a rígola entre a senda e a es-

trada. O proxecto contempla as canalizacións e rexistros para a recollida de augas e para a iluminación, ademais dun muro de 32 metros de longo e metro e medio de alto para a contención de terras. Na senda de Castro á N-634 dotarase dunha cuneta de seguridade na marxe dereita. Irá revestida de formigón e inclúe as canalizacións para as augas pluviais. A entidade provincial, que preside Valentín González Formoso, enmarca estas obras na construción de trinta quilómetros de sendas en estradas provinciais de dezasete concellos coruñeses.

FRADES

Convocatoria de axudas locais a entidades Este pasado 14 de abril rematou o prazo para solicitar as axudas municipais para entidades culturais, deportivas, veciñais ou sociais convocadas polo Concello de Frades. A convocatoria está asociada a unha partida económica de 32.065 euros e diríxese a asociacións con ou sen personalidade xurídica, sempre sen fin de lucro e que estean inscritas no rexistro municipal.

A Xunta deberá confirmar no Parlamento de Galicia se amplía ou non o servizo de pediatría que se presta no centro de saúde de Ordes. O PSdeG-PSOE presentou na cámara autonómica unha iniciativa na que demanda á Consellería de Sanidade que os dous pediatras estean a xornada completa. Na actualidade está un deles e o outro só a media xornada. A secretaria xeral do PSOE de Ordes, Elvira Rodríguez, sinala que esta situación fai que “desde hai tempo nos cheguen queixas dos usuarios do servizo polo tempo que teñen que agardar para seren atendidos”. A parlamentaria socialista Matilde Begoña Rodríguez Rumbo, nun encontro con responsables da agrupación local, expuxo que a poboación que cobre o centro de saúde de Ordes fai preciso que o segundo pediatra teña tamén xor-

nada completa. Segundo os datos de Rodríguez Rumbo, atenden a 1.676 menores de catorce anos de idade, o que dá unha ratio de 1.117, cando a Sociedade Española de Médicos de Atención Primaria recomenda non sobrepasar os 900. ESPERA NO CORREDOR Por outra parte, o PSOE de Ordes adiantou que presentará unha moción para o pleno municipal na que demandará habilitar unha sala de espera para pediatría. Segundo o concelleiro Alejandro Manteiga, para acudir a unha das consultas de pediatría na actualidade as criaturas e os seus proxenitores teñen que agardar nun corredor estreito que ademais “é zona de paso de médicos e pacientes e no verán rexistra altas temperaturas”. A carencia tamén será trasladada á Xunta.


15

CRÓNICAS - Abril 2018

ACTUALIDADE ORDES Cun centenar de postos de múltiples sectores económicos e sociais

Chega Expo Ordes, un escaparate de máis de 13.000 metros cadrados

Expo Ordes prevé a visita de milleiros de persoas durante toda a fin de semana

A derradeira fin de semana de abril é sinónimo de Expo Ordes. O principal evento comercial e empresarial da comarca celébrase os vindeiros 27, 28 e 29 de abril e ocupará unha superficie expositiva de máis de 13.000 metros cadrados, dos que 3.000 corres-

ponden á carpa instalada no Campo da Feira. Está prevista a representación de case un centenar de empresas, firmas comerciais e entidades, de sectores como alimentación, automoción, construción, cooperativismo, agricul-

tura, hostalería, mobiliario, artesanía, téxtil, medio ambiente, enerxía, acción social, deporte, mecánica e maquinaria. Para a inauguración, o venres ás 20:30 horas, o Concello confirmou a presenza do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, así como diversos representantes políticos de Ordes e comarca. Non obstante, como sempre o acceso de público xeral ao recinto será durante o sábado e o domingo, de 10:00 a 21:00 horas. O primeiro día estará dedicado á Mancomunidade, con espazo expositivo propio. Outro dos puntos de atención fundamentais é a mostra de maquinaria agrícola, gandeira e forestal. Entre as novidades deste ano destaca o camión interactivo no que se poderán coñecer as novidades da marca Husqvarna. A organización sinala que estará dispoñible, entre outros espazos, o aparcadoiro gratuíto nas inmediacións do centro de saúde de 8.500 metros cadrados de superficie.

ORDES O BNG interesouse polas deficiencias do servizo en aldeas de Montaos

O abastecemento de auga na zona de Queis será reforzado con equipos novos de presión A insuficiencia de forza no servizo municipal de abastecemento de auga en Queis, en Montaos (Ordes), será solucionada coa instalación dun grupo de presión na rede xeral na zona. O equipo estará conformado por dúas bombas de aceiro inoxidable, capaces de impulsar un caudal de 9.000 litros cada hora. O investimento foi anunciado

polo alcalde nun pleno municipal recente. Polo de agora non está concretado en prazos e contías, posto que a intención do goberno ordense é incluír o proxecto no Plan Complementario do Plan Provincial de Medio Ambiente, que financia a Deputación da Coruña. Para esa mesma sesión, o BNG trasladara a proposta de devolver

os recibos da auga en diversas aldeas da parroquia de Montaos, afectadas pola falta de presión. Pablo Vidal, portavoz dos nacionalistas galegos en Ordes, aseguraba que “non ten sentido permitir enganchar os inmobles á rede cando non dispón de presión suficiente, e moito menos cobrar os recibos cando non é posible prestar o servizo cunhas mínimas

O III Salón de Moda e Eventos de ACORDES, o gran complemento da exposición Cadrando coas mesmas datas de Expo Ordes, a Asociación de Comerciantes de Ordes (Acordes) programa o III Salón Moda & Eventos. Contará coa presenza duns setenta establecementos do municipio, que ofrecerán todo o necesario para vodas, bautizos, comuñóns e festexos. Á vez, durante toda a fin de semana a feira de artesanía instalada na Alameda contará con máis de trinta postos. Da animación musical polas rúas encargarase a Asociación Cultural Camiño Real de Poulo. E por suposto, o domingo tradicional Festa do Champiñón, xermolo de Expo Ordes que o vindeiro 2019 cumprirá trinta anos. Durante toda a xornada, os bares e restaurantes ofrecerán elaboracións variadas co champiñón como ingrediente. Ese día actúan Sementes da Arte, a Banda de Ordes e Os Campantes da Baña.

condicións de calidade”. No mesmo sentido, o Bloque solicitaba que ‘Espina & Delfín’, a empresa concesionaria do servizo, non cobrase ningún recibo máis na zona ata que funcionase o grupo de presión que garanta unha subministración de auga de maneira axeitada a todas as persoas afectadas. A proposta foi retirada na sesión plenaria e por tanto non chegou a ser debatida, despois de que o alcalde explicase que as altas no servizo que non contan con presión abondo xa foran dadas de baixa e non pagan. Os lugares máis afectados son Queis, Porta dos Condes, O Castrelo, Carrás, Albariña e Piñeiro.

Gimnasio spa Ducha vichy Circuito termal Gimnasio squash Av. Rosalía de Castro, 59 Milladoiro, Ames 646 28 67 87


16

CRÓNICAS - Abril 2018

ACTUALIDADE TRAZO

ORDES

Trazo aproba os orzamentos entre críticas da oposición

A nova ponte no Pazo (Lesta) estará rematada en maio

O Concello de Trazo aprobou os orzamentos de 2018 nunha sesión plenaria a finais de marzo. As contas aprobáronse entre críticas da oposición e o PSOE mesmo anunciou que pretendía impugnalas. Para a portavoz socialista, Beatriz Domínguez, o documento contén “varias irregularidades, como que o alcalde intente aproveitar a súa aprobación para tratar de regularizar unha situación persoal que non é regularizable”, sinalan, sen concretar esta alusión. O PSOE queixouse tamén de que atopa “trabas” á hora de acceder á información municipal. Explica que foron convocados “ao pleno máis importante do ano” con tres días de antelación, o mínimo que obriga a lei, pero “sen enviarnos a información dos asuntos que se ían tratar”. Segundo din, só tras presentar unha solicitude por escrito, o día antes do pleno, puideron consultar os orzamentos. O BNG votou en contra das

contas e reiterou que así o seguirá facendo “en canto non nos teñan en conta no proceso de elaboración”, defendeu Martín Rei, concelleiro do Bloque en Trazo, que expón que “non pode ser que cos orzamentos, cos proxectos e con todo en xeral non se conte con nós e nos poñan entre a espada e a parede obrigándonos a aceptar todo ou nada, o PP pensa que pode facer o que lle dea a gana”. OUTRAS CUESTIÓNS Por outra parte, na mesma sesión plenaria o Bloque insistiu en que se dote de desfibriladores ás instalacións deportivas locais: na piscina antes de que abra no verán, no pavillón antes de que comece o curso 2018-19, e nos campos de fútbol para a vindeira liga. O BNG tamén solicitou que o xuíz de paz se elixa mediante unha puntuación de méritos e non “a dedo”, como segundo afirman sucede.

A nova ponte no Pazo, na parroquia de Lesta (Ordes), está en obras desde finais de marzo. A previsión é que estea rematada durante o mes de maio, posto que o prazo de execución do proxecto é de seis semanas. O investimento da Xunta nestes traballos está valorado nuns 58.000 euros. Ata agora a infraes-

trutura estaba conformada por dúas tubaxes de drenaxe moi deterioradas. A nova ponte é de formigón armado. A obra inclúe a demolición dos elementos antigos, a construción de zapatas e muros para apoiar a estrutura, o acondicionamento do camiño agora pechado ao tráfico e a colocación dunha varanda de seguridade.

MESÍA

ORDES

Dous terzos dos equipos de iluminación pública presentan carencias de seguridade Dous terzos dos equipos eléctricos da iluminación pública de Ordes presentan niveis de seguridade insuficiente, segundo unha auditoría encargada polo propio Concello. De acordo cos datos revelados polo BNG de Ordes, o 66% dos cadros de mando e control do alumeado municipal “presentan un estado regular ou malo”, e o 71% “non contan con protección diferencial que garanta a seguridade das instalacións e das persoas no caso dun fallo de illamento”, en palabras do concelleiro Gonzalo Veiras. Este edil do Bloque explica que “a falta de interruptores diferenciais resulta especialmente grave naqueles alumeados que contan con soportes metálicos e están dispostos en lugares frecuentados pola veciñanza, supoñendo un alto risco de accidentes por

Tras retirar a estrutura vella, os traballos comezaron cos novos apoios

electrocución”. Por iso, o BNG solicitou medidas inmediatas de mellora da seguridade. MEDIDAS EN MARCHA No pleno, o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, explicou que durante este mes de abril se trataría o tema nunha reunión entre o equipo da empresa que realiza a auditoría do servizo e integrantes dos diferentes grupos políticos da corporación municipal. O rexedor avanzou que o Concello efectuará as melloras precisas seguindo as indicacións do plan que marquen os propios auditores. Martínez Sanjurjo fixo fincapé na solvencia do equipo, recoñecido recentemente cun Premio Galicia Enerxía 2018 pola súa aplicación para inventariar, seguir e controlar os diferentes elementos que compoñen sistemas de iluminación pública.

En exposición pública o proxecto de ampliación da rede de auga potable O Concello de Mesía somete a información pública o proxecto da primeira fase de ampliación da rede de distribución de auga potable. A documentación pódese consultar nas dependencias municipais durante os trinta días hábiles que contan desde o pasado 3 de abril. Este trámite permite que as persoas que o consideren poidan presentar reclamacións ao proxecto,

que logo serían avaliadas para recibir a correspondente resposta. Segundo o convenio asinado entre o alcalde, Mariano Iglesias, e a conselleira de Medio Ambiente, Beatriz Mato, a primeira fase da ampliación da rede está valorada en case 580.000 euros. Levará o servizo a case toda a parroquia de Mesía, así como unha parte das de Visantoña e Olas, cun novo ramal.

CERCEDA

Un falecido nun accidente cunha máquina desensiladora en Rodís Un home faleceu ao quedar atrapado debaixo da máquina de desensilado que estaba manexando nunha finca no lugar de Brazal de Abaixo, na parroquia de Rodís, en Cerceda, onde vivía a vítima. Sucedeu no serán do 3 de abril. O home foi localizado debaixo da máquina agrícola, conectada a un tractor, e tiveron que intervir os Bombei-

ros de Ordes para liberar o corpo. Os servizos de emerxencias mobilizaron tamén un equipo médico de urxencias do 061. Os efectivos non puideron facer nada por salvar a vida do home, coñecido na zona polo seu labor de carteiro. A xustiza decretou o levantamento do cadáver, que foi trasladado ao hospital da Coruña para practicar a autopsia.


CRÓNICAS - Abril 2018

17

PUBLICIDADE


18

CRÓNICAS - Abril 2018

ACTUALIDADE ORDES

TORDOIA

O Concello asegura que pechou 2017 cun superávit superior ao millón de euros

Rehabilitan as vivendas de dúas escolas para poñelas en aluguer

A liquidación dos orzamentos do Concello de Ordes do exercicio 2017 presentou un superávit de case 1.039.000 euros. Segundo o goberno de Ordes, esta cifra equival ao 10,70 % dos ingresos non financeiros da entidade. En canto ao límite de débeda viva, suma 3,48 millóns de euros, o que representa un 42,70 % dos recursos correntes cos que conta o Concello. O goberno destaca que está dentro do límite establecido na lei de facendas locais, que non permite superar o 110 %. O superávit abre a posibilidade de reducir a débeda, ademais de ser utilizable en investimentos. En conxunto, o resultado orzamentario sinala un saldo positivo que ascende a case 810.000 euros. Outro indicador, o do remanente de tesourería para gastos xerais, presenta un importe próximo aos 1.229.000 euros. O

aforro neto legal é positivo por case 1.680.000 euros, o que supón un 20,56% sobre os dereitos liquidados por operacións correntes na liquidación dos orzamentos, segundo o Concello. O alcalde deu conta no pleno recente dos resultados do peche do exercicio, tras ser aprobado mediante un informe previo do departamento municipal de Intervención nun decreto datado o 21 de marzo. O goberno de José Luis Martínez Sanjurjo destacou que as contas “cumpren cos criterios de estabilidade orzamentaria e sobradamente coa regra de gasto”. Non dubida ademais de falar de “boa xestión e equilibrio orzamentario”. E pon como exemplos que o periodo medio de pagamento se situou en -13,58 días sobre a débeda comercial, ademais do nivel de endebedamento do 42,70%.

Na escola do Piñeiro, en Viladabade, investirán 40.000 euros

O Concello de Tordoia rehabilita as vivendas de dúas antigas escolas unitarias para poñelas en aluguer. O goberno explicou que se atenderán demandas que procedan do propio municipio, con prioridade para persoas con menores recursos económicos. As escolas nas que se intervén

son a do Piñeiro, en Viladabade, e a de Vilarchán, en Cabaleiros. Na primeira invisten 40.000 euros en baleirar o inmoble e renovar as súas instalacións e servizos. A segunda precisa 10.000 euros para obras menores, posto que hai un tempo xa fora rehabilitada nun obradoiro de emprego.

COMARCA

MESÍA

A FEGAMP rexeita a nova lei de contratos porque “paraliza” os Concellos máis pequenos

Premio para Mato Manteiga na Feira do Queixo de Abegondo

A Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) rexeita de plano a nova lei de contratacións do sector público, posto que “está conseguindo a paralización dos Concellos galegos”, especialmente os de menor tamaño, en palabras do presidente da entidade e alcalde do Barco, Alfredo García, do PSdeG-PSOE. O rexeitamento fíxose patente a través dun comunicado que representa a alcaldes e alcaldesas de todos os signos políticos. Segundo sinalan, a nova lei introduce novidades en aspectos como a xestión electrónica que foron pensadas para o proveito das grandes empresas. Por iso, a FEGAMP pronostica que a nova norma vai ocasionar o “afundimento do comercio local”. Alfredo García explica que “as pequenas empresas locais que contan con pouco persoal non se-

rán capaces de participar nos concursos públicos xa que non teñen nin os medios nin os coñecementos para realizar o proceso que leva consigo concursar na administración a un servizo ou para unha obra pública”. O presidente da entidade que agrupa os Concellos e Deputacións galegos puxo como exemplo unha empresas de desbroces, que ten os medios necesarios para facer ben o traballo que se lle contrate pero non para efectuar as tramitacións que require a nova lei. Deste xeito, os contratos poderían caer en mans de grandes empresas que despois subcontratarán a baixo prezo. Por iso, a executiva da FEGAMP amosou “enfado”, “descontento” e “preocupación”, se ben reiterou a súa defensa da transparencia e da administración electrónica, pero non os cambios que impón a lei.

O premiado (dta.) recibe o diploma credencial de man do alcalde de Abegondo

A queixería Mato Manteiga, de Mesía, obtivo o terceiro premio na XIX Feira do Queixo do municipio veciño de Abegondo. Os outros principais premios corresponderon a queixos de fóra da comarca ordense, de xeito que o segundo recaeu en Ángel Sánchez, de Cur-

tis, e o primeiro foi para Fina Vilamarín, de Sarandóns (Abegondo). Os premios decídense mediante unha cata das persoas que acoden a degustar os queixos. Este ano participaron nove queixerías nesta feira, unha das máis concorridas do ano en Abegondo.


19

CRÓNICAS - Abril 2018

ACTUALIDADE Inmobiliaria/Comunidades Gestoría Seguros Reformas

Abogados Comunicación Publicidad Eventos

Romero Donallo, 23 bajo Santiago de Compostela 981 10 40 10 gesercon@gmail.com

OROSO Colaboración entre o Concello e o Xacobeo para o vindeiro Ano Santo

Promoción do Camiño Inglés para 2021 O Concello de Oroso e o Xacobeo acordaron colaborar para potenciar o Camiño Inglés no horizonte do Ano Santo 2021. A intención das dúas entidades é que “sexa un éxito”. Nunha reunión do alcalde de Oroso, Manuel Mirás, e do concelleiro de Turismo, Antonio Leira, co xerente do Xacobeo, Rafael Sánchez, e coa conselleira delegada do Xacobeo, Cecilia Pereira, abordaron os potenciais do Camiño Inglés, que na comarca pasa por Oroso, Ordes e Mesía, e as perspectivas que presenta o próximo Ano Santo. O encontro tivo lugar no Centro de Estudos e Investigación do Camiño Inglés (CEICI), creado polo Concello en Sigüeiro. Por iso, os responsables municipais explicáronlles aos cargos do Xacobeo a historia e as funcións do centro, que o goberno de Oroso considera “único no mundo das súas características”. Ce-

Reunión en Sigüeiro entre os responsables municipais e os directivos do Xacobeo

cilia Pereira eloxiou o traballo que desenvolve. A procura de bos resultados para o Ano Santo 2021 trascenderá a Oroso, posto que o alcalde, como vicepresidente executivo da Federa-

ción Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), ofreceuse a “implicar tamén nesa cita de resonancia mundial aos Concellos galegos, especialmente aqueles que están cruzados por algunha das rutas xacobeas”.

ORDES

Abordan en Ordes a promoción da ruta peregrina O pleno de Ordes abordou unha iniciativa, presentada polo PSOE, para recoñecer e exaltar os valores culturais, arquitectónicos, históricos e paisaxísticos do Camiño Inglés ao seu paso polas parroquias de Buscás, Poulo e Pereira. A proposta suxire sinalizar os elementos patrimoniais como igrexas ou castros, crear un roteiro que parta desde a vila de Ordes ata o tramo ordense do Camiño, mesmo incluíndo Montaos, e habilitar un centro de interpretación na casa rectoral de Poulo, que xa se está acondicionando como albergue de peregrinos.


20

CRÓNICAS - Abril 2018

ACTUALIDADE ENTREVISTA José Luis Martínez Sanjurjo, alcalde do Concello de Ordes

“Neste mandato o investimento público en sumará vinte millóns de euros, unha cifra hi As necesidades son moitas e calquera - O alcalde de Ordes fai balance dos Goberno serio debe priorizar os seus inseus case tres anos como rexedor e anuncia un impulso investidor no que vestimentos. A nosa idea é intensificar o resta de mandato. Que cómpre agardar esforzo que comezamos a desenvolver deste último ano? hai case tres anos para arranxar e mello- Nesta recta final do mandato agar- rar as diferentes dotacións ao servizo das damos poder completar algúns dos veciñas e veciños de Ordes. É evidente que logo de dous mandaproxectos que comezamos a acometer ao inicio da lexislatura. Persoalmente re- tos nos que apenas se efectuou mantesúltame complicado seleccionar un ou mento ou melloras en determinados ámoutro, porque cada unha das iniciati- bitos, debemos seguir incidindo nese travas é importante e responde a unha ne- ballo. Tamén contemplamos a reforma cesidade concreta, con independencia do auditorio da casa da cultura, obras de de que beneficie a moita ou pouca veci- abastecemento e humanización na Rúa Galicia, a execución dunha senda peonil ñanza. Resulta complicado, insisto, pero, a a carón da N-550 nas Casillas, a construmodo de exemplo, sinalaría o inicio das ción dun parque infantil con espazo cuobras do centro sociocultural da vila; a es- berto ou melloras nos cemiterios munitrada de Mercipais, entre outras iniciacurín, que se rematará de- “A rotonda que Fomento executa- tivas. - Os orfinitivamente rá na N-550 pode supoñer o punto este verán; o zamentos do de partida para a circunvalación albergue de goberno cencara á estrada de Carballo” peregrinos de tral recollen Poulo, xa en 500.000 euexecución e que será un revulsivo para ros como principal contía para Ordes, todo o Concello; as obras de abastece- destinados á construción da glorieta na mento e algún saneamento que nos dis- saída sur da N-550. Poderá haber obras poñemos a acometer; mais tamén a me- este ano? - É evidente que unha cifra desa magllora dos diferentes viais das parroquias e as sendas peonís proxectadas en diferen- nitude debería comezar a visualizarse en tes puntos da xeografía municipal, para breve, dado que de acordo coa programellorar a seguridade dos peóns e a ca- mación a obra debería quedar rematada lidade de vida da veciñanza. E, por su- en dous anos. Falamos dunha obra moi importante, posto, ultimar o documento para a apronon só polo que significa para mellorar bación provisional do PXOM. a seguridade nese punto, senón porque Nos catros anos deste mandato, o inpode supoñer o punto de partida para vestimento público en Ordes sumará uns completar a circunvalación de Ordes cara 20 millóns de euros, unha cifra histórica á estrada de Carballo (AC-413), pola zona nunca antes acadada. - En canto á xestión económica, por do tanatorio, cos beneficios que iso imque o Concello remata con aproxima- plica ao desviar da vila boa parte do trádamente un millón de euros de superá- fico pesado que agora circula polas rúa vit en 2017? En que empregarán ese di- do Mediodía e polo Recreo, por dar só un exemplo. ñeiro? - Considera suficientes os recursos - Precisamente, e como estamos a faque as contas do Estado contemplan lar de xestión, o mellor indicador neste para Ordes? Que bota en falta? aspecto amósao a regra de gasto de - Por suposto que me gustaría con2017, que se cumpriu por escasos 3.000 euros sobre unha execución formal de tar con máis investimentos, pero son 6,37 millóns de euros. Deste xeito, cum- consciente das limitacións do momento. primos folgadamente o obxectivo de es- Agardo que no futuro poidamos avantabilidade e o prazo de pagamento a pro- zar noutros ámbitos, como a execución vedores, e que neste primeiro trimestre da variante paralela á N-550. Pero decádo ano sitúase cinco días por debaixo do tome de que seguimos nunha época de recomendado. Á vista da liquidación ato- vacas fracas para eses efectos. - En canto á Xunta, haberá algún pamos un superávit positivo que posibinovo investimento destacable nos vinlita dispoñer de crédito, non para o exercicio no que se recada, pero si para o se- deiros meses? - Algún xa o estamos a ver, como o guinte. A obriga é cumprir a lei, e niso estamos implicados todos e todas, tanto o que nos vai levar a executar o centro sogrupo de Goberno, como o persoal téc- ciocultural nas inmediacións do Campo nico que vela pola estabilidade econó- da Feira, o albergue de peregrinos de Poulo, o remate da estrada de Mercurín mica municipal.

Martínez Sanjurjo descarta que en Ordes haxa discriminación entre as persoas que residen na vila e as que viven nas parroquias

ou os traballos previos para decretar a concentración parcelaria de Poulo. Actualmente estase a redactar o proxecto que permita executar a senda que comunique o IES nº 1 co albergue do Outeiro, ao longo da AC-524. E tampouco podo esquecer todo o esforzo que a Xunta desenvolveu para conseguir aprobar en Bruxelas unha partida económica voluminosa para apoiar a moitas das persoas que perderon o seu emprego no téxtil. - E da Deputación, ademais das achegas habituais dos plans provinciais, demanda algún investimento? - Como xa teño dito en máis dunha ocasión, á Deputación demándolle equidade. Non pode ser que Ordes, por ter un alcalde do Partido Popular, sexa discriminado polo feito de que a Deputación da Coruña teña un presidente socialista.

E poño un exemplo para que ninguén interprete que se trata dunha teima persoal. Na Deputación constan proxectos presentados para executar unha senda que comunique O Valado coa estación da Pontraga, outra desde A Pinguela ata A Calle, en Poulo, e para humanizar o propio contorno do referido núcleo da Calle. Transcorreu máis dun ano desde que foron presentados e seguimos sen ter resposta. Outros concellos si a tiveron, e positiva. - Existen numerosas queixas cidadás pola carencia de medios no centro de saúde e no Punto de Atención Continuada. Cre que Sanidade está cumprindo con Ordes? En que debe mellorar o servizo canto antes? - Seguimos con atención e preocúpanos moito este tema. Somos coñecedores destas queixas relativas tanto ás zo-


CRÓNICAS - Abril 2018

21

ACTUALIDADE nosa responsabilidade na conservación do monte. Os expertos advirten con insistencia de que as condicións climatolóxicas extremas, como as que se rexistraron en outubro pasado e que propiciaron unha alarmante actividade incendiaria, poden repetirse no futuro. Insisto: todos e todas temos a obriga de implicarnos. O monte arde porque alguén lle prende lume, pero cada persoa debe, nas de espera dos máis pequenos, onde desde as súas responsabilidades, facer o en ocasións hai que soportar tempera- posible para evitar a multiplicación dos turas elevadas, como na suposta nece- incendios. É evidente que con franxas de sidade de máis facultativos ou no incre- seguridade como as que marca a lei e, a mento das horas de atención ao público. ser posible, co monte limpo, o lume non De feito se se analizan as queixas so- se expande con tanta facilidade. Desde o Concello xa informamos ás bresaen as relacionadas cos tempos de persoas propietarias, volveremos faespera, que os usuarios e usuarias consideran excesivos. En ningún momento celo e, chegado o caso, non teremos –ou polo menos a min non me consta- máis remedio que exercer as competenexistiu risco vital para as persoas. E iso cias ás que estamos obrigados pola lei. é o que hai que ter en conta por riba Doerame moito impoñer unha multa, de todo. Claro que a todos e todas nos pero máis me doería ter que lamentar os gustaría ser atendidos nada máis che- efectos dun incendio evitable. - O antigo Centro Comarcal continúa gar, pero non estou seguro de que iso sen ningún tipo de uso. Teñen algunha sexa posible, nin en Ordes nin en ninguprevisión para activalo, ben sexa co vires. Neste, como en todos os asuntos, hai que ser realista e analizar a situación veiro de empresas planificado ou con con obxectividade. O PAC de Ordes conta outra opción? cunha dotación semellante á de calquera - Ao longo de 2017 mantivemos dicomarca de características similares. versos contactos coa Cámara de ComerEn calquera cio da Coruña co caso, o presidente O alcalde avanza conversas obxectivo de poda Mancomunien marcha un para abrir o centro de saúde ñer viveiro de empredade e máis eu xa en horario de tarde e o vi- sas nesas instalamantivemos unha xuntanza coa xe- veiro de empresas este ano cións. Unha edifirente da área sacación magnífica, nitaria; e seguimos en contacto coa Con- cunha situación envexable, que urxe posellería de Sanidade para ver como pode- ñer en valor e ao servizo da cidadanía. Esmos mellorar a atención. tamos traballando nunha proposta conPersoalmente, considero acertada a creta coa idea de trasladala a outras adproposta, que se comentou na reunión ministracións na procura de apoio para coa xerencia, de explorar unha hipoté- abrir o viveiro de empresas ao longo tica redefinición do horario de funcio- deste ano 2018. De xeito paralelo, tenamento do centro de saúde, cunha ou mos idea de licitar a concesión da cafedúas consultas en horario de tarde, in- tería-restaurante que existe nesas instacluído pediatría. lacións para contribuír a financiar o man- Será posible que o Plan Xeral de Or- temento destas. - Considera certa a afirmación, xa didenación Municipal chegue á aprobación provisional antes de que remate o rixida tamén a gobernos locais anteriomandato? res, de que as parroquias están discrimi- Esa é, desde logo, a nosa intención. nadas en comparación coa capital muniDespois de oito anos perdidos durante os cipal? Como a rebatería? dous mandatos de Regos, e milleiros de - Discrepo abertamente. Se de algo euros tirados ao lixo a cambio de nada, podo presumir é de coñecer perfectaeste Goberno tomou a cuestión en se- mente o medio rural de Ordes, as súas rio e levamos avanzado máis nestes tres parroquias e aldeas. Coñezo a realidade e coñezo as súas carencias. anos ca nos oito anteriores. Dixen, e manteño, que para min, e - Está reaberto a nivel galego o depara todo o Partido Popular de Ordes, bate sobre a desorde para os usos do tenon hai veciños de primeira e de serreo que a miúdo se dá coas plantacións forestais. A Consellería pediu colabora- gunda. Por iso, tratamos de atender con ción municipal. Que fai Ordes neste sen- absoluta imparcialidade as necesidades tido? Que medidas considera necesa- da vila e das parroquias. E por iso mesmo rias para introducir racionalidade neste se fixeron e están programados investieido? mentos na vila e nas parroquias. Que re- Vostede mesmo acaba de dar a res- sultan insuficientes? É certo, porque as posta. Fai falta racionalidade. Non pode necesidades superan as posibilidades orser que as cunetas das nosas pistas e dal- zamentarias. Pero que ninguén dubide gunha estrada estean cubertas de euca- de que mentres eu sexa alcalde todas e liptos e de louza susceptibles de propa- todos os ordenses teñen e terán os mesgar o lume con rapidez e despois eludir mos dereitos, con independencia do luas nosas obrigas como persoas propieta- gar onde residan. E deixo unha cifra que amosa que non rias. Todos e todas temos que asumir a

n Ordes histórica”

falo por falar: tres de cada catro euros investidos nas obras impulsadas desde xullo de 2015 destináronse ás parroquias, fóra da capital. - Avanzan no prazo e nas condicións previstas as obras para crear o albergue de peregrinos en Poulo? - As obras avanzan a un ritmo razoable, aínda que seguramente terían avanzado máis se non fose pola invernía que vimos de atravesar. Estou seguro de que en canto o tempo mellore, os traballos aceleraranse. Se todo vai segundo o previsto, a obra podería estar concluída ao remate deste verán e recibir os primeiros peregrinos case inmediatamente. - Prevé repetir como candidato á Alcaldía? - A decisión é competencia dos órganos do meu partido que, en calquera caso, son coñecedores da miña dispoñibilidade para volver encabezar a candidatura do PPdeG á Alcaldía de Ordes nas vindeiras municipais. Sería unha honra e coido que os resultados da nosa xestión nos avalan. - Por que cre que rompeu o grupo de UxO? - Non dispoño de datos abondo para analizar o sucedido. Visto desde fóra, semella que o único que unía a UXO eran as ansias de poder e, unha vez que o perderon, iso estalou polos aires. Supoño que entraba dentro do previsible. - Que posibilidades actuais existen para a colaboración entre ex-concelleiros de UxO e o seu goberno? - Non resulta factible, se falamos de integración. Agora ben, escoitaremos as súas propostas e as súas demandas, como as de calquera outro membro da corporación. - Valora a posibilidade de integrar algúns deses edís na candidatura do PP? - É cedo para falar de candidaturas, cando aínda non hai unha decisión formal sobre o cabeza de cartel. Dixen que non vexo a integración no que resta de lexislatura, e tampouco nunha futura lista. - Teme a posible irrupción do partido Ciudadanos no ámbito político local? - Cónstame que o están tentando. Pero coido que Ciudadanos non ten boa acollida en Galicia. Ás derradeiras autonómicas me remito. - Que novidades presenta este ano ExpoOrdes? - A práctica totalidade dos expositores da pasada edición queren repetir espazo na feira e, por suposto, incorpórase algún que non puido asistir en edicións anteriores. No espazo de maquinaria temos confirmada a presenza dos últimos avances tecnolóxicos para os nosos gandeiros e agricultores. E cómpre destacar que, dentro da carpa principal, a Asociación de Comerciantes vai colocar un espazo de moda e eventos que chamará a atención e porá de manifesto o potencial do comercio local. - Cre que este tipo de eventos continúan tendo sentido? Por que? - Malia o que desde fóra alguén poida supoñer, ExpoOrdes e a Festa do Champiñón seguen tendo sentido na medida

O alcalde apela á responsabilidade colectiva para coidar o monte

en que exercen un enorme potencial de atracción de visitantes, tanto ao propio certame como á vila e á súa contorna. Este fluxo xera actividade económica na hostalería e no comercio local, e tamén entre os expositores que ano tras ano continúan acudindo a esta cita. - Como valora a saúde do comercio local? Considera que pode sobrevivir á competencia das áreas comerciais das cidades e ás vendas por internet? - Estas dúas realidades –grandes superficies e Internet- chegaron para quedar, polo que ignoralas sería suicida. O futuro do comercio local pasa, seguramente, pola diferenciación, por ofrecer un valor engadido, sexa no produto ofertado, na atención, na proximidade, na capacidade de organizar actividades susceptibles de atraer potenciais consumidores. Nesa estratexia, o Concello de Ordes estará sempre ao carón do comercio local, animando e tamén apoiando na medida das súas posibilidades. - E a industria, ten posibilidades de reactivación en Ordes? - Tamén neste caso podemos facer unha reflexión similar. A realidade demóstranos que existen posibilidades e, de feito, algunhas empresas da localidade están a demostrar que desde Ordes se pode competir e chegar a practicamente todo o mundo. Digo sempre que a xeografía xoga ao noso favor, pola nosa localización estratéxica, equidistante respecto á Coruña e a Santiago, ao carón dunha autoestrada, preto de dous aeroportos e de dous portos (A Coruña e Ferrol). Ese é un dos nosos potenciais, que debemos explotar. - Que expectativas ten sobre a eficacia do plan de reinserción das vítimas dos EREs nas empresas do téxtil? - As expectativas son boas. Evidentemente non cometerei a irresponsabilidade de prometer resultados inmediatos para todas as persoas afectadas. Pero o certo é que o Programa Galitex conta cun orzamento de 1,2 millóns de euros, cofinanciados pola Comisión Europea e pola Xunta para impulsar a inserción laboral das persoas afectadas.


22

CRÓNICAS - Abril 2018

ACTUALIDADE TRAZO

OROSO Protección Civil fai balance de 2017, no que interviu en máis de vinte lumes

Detido tras accidentarse cun vehículo que roubara a man armada en Santiago

Retiran uns 160 niños de velutina

Arma e munición intervidas ao detido

Un home con numerosos antecedentes foi detido en Trazo despois de ter un accidente cun coche que roubara a man armada en Santiago. Asaltou á condutora do vehículo e fíxoa ir por varias rúas da capital galega ata que, ao chegar á zona de Vista Alegre, ordeoulle baixar. A partir de aí, seguiu só e dirixiuse á zona da Noia, xa en Trazo. Ao ter o accidente co coche, deuse á fuga. A Garda Civil explica que o delincuente pasou unha noite no monte e en alpendres da zona ata ser detido á primeira hora da mañá seguinte.

A agrupación de Protección Civil de Oroso está composta por 25 persoas e ofrece servizo as 24 horas, segundo o Concello

A agrupación de voluntarios e voluntarias de Protección Civil de Oroso retirou uns 160 niños de nespra velutina durante o pasado 2017, segundo figura no seu balance de actividade do ano. Os traballos de loita contra esta especie invasora acometéronse nunha primeira fase de trampeo, a posterior retirada de niños primarios e a retirada de niños secundarios. O

Concello sinala que a colaboración veciñal foi fundamental. Ademais, Protección Civil interviu durante o ano pasado en máis de vinte incendios forestais, en colaboración cos efectivos da Xunta de Galicia. A agrupación axudoulle á veciñanza afectada e tamén realizou funcións loxísticas en municipios colindantes con Oroso. Ademais do lume e as nespras

velutinas, outros cometidos de relevancia da agrupación foron a asistencia a emerxencias comunicadas ao 112, como accidentes de tráfico, laborais e no ámbito doméstico, así como cortes de estradas, sinalizacións, recollida de animais para comprobar o microchip ou labores de organización e garantía de seguridade en procesións, enterros, probas deportivas ou eventos festivos.

COMARCA

ORDES

Diversas charlas informan sobre como frear a nespra asiática

Campaña para a reciclaxe de aparellos electrónicos

En Tordoia informaron das características da especie e os métodos de combate

Nas últimas semanas tiveron lugar charlas informativas sobre a nespra velutina e os métodos para intentar frear o seu avance en varios municipios da comarca. É o caso de Tordoia, onde varias decenas de persoas recibiron explicacións sobre a especie invasora, que nos últimos anos ameaza a produción de mel e de froita, ao atacar sen piedade as

abellas autóctonas. O acto contou coa intervención de persoal especializado. No inicio da primavera é fundamental colocar trampas para capturar as raíñas antes de que formen os niños primarios. Cada unha que se capture agora evita nos vindeiros meses un niño secundario, no que a poboación é xa moito maior.

A campaña situou un posto informativo ante a entrada da Casa do Concello

A campaña O que se enchufa recíclase pasou por Ordes co propósito de fomentar o tratamento correcto de aparellos electrónicos que vaian quedar en desuso. Nun posto informativo situado á entrada da Casa do Concello, o persoal responsable desta iniciativa informou da importancia de reciclar este tipo de materiais e de

como hai que desfacerse deles correctamente, tanto os que se enchufan como os que funcionan con baterías ou pilas. Entre outras indicacións, ofreceron datos sobre os puntos habituais de recollida, os compoñentes ou materiais dos que están compostos os aparatos ou a xestión correcta para reciclalos.


23

CRÓNICAS - Abril 2018

ACTUALIDADE COMARCA

ORDES Está pensada para investigadores e estudantes españois e mexicanos

Protagonismo a programas comarcais no encontro de normalización da lingua

Dan os primeiros pasos para crear a bolsa de intercambios Isabel Cendal

Rey, nunha das mesas de debate

A campaña E ti a que xogas? e a xincana lingüística estival do Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes estiveron presentes na mesa de debate Deporte e Administración do vixésimo Encontro para a Normalización Lingüística impulsado pola coordinadora de traballadores e traballadoras deste ámbito. O foro tivo lugar na sede do Consello da Cultura Galega. Roberto Rey, presidente da Mancomunidade, expuxo as características dos programas do SNL comarcal e o obxectivo de fomentar o uso do galego entre a xente nova.

Primeiros pasos para a bolsa de intercambio de estuantes e investigadores españois e mexicanos que levará o nome de Isabel Cendal, filla predilecta de Ordes considerada a primeira enfermeira da historia en misión internacional coa súa participación, a comezos do século XIX, na Expedición Balmis, que levou a vacina contra a varíola ao continente americano. A bolsa forma parte dos acordos de irmandamento entre Ordes e o estado mexicano de Veracruz, onde chegou a expedición humanitaria. Os termos nos que se creará foron tratados nunha reunión na que participaron o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo; a presidenta da Asociación Isabel Cendal, Pilar Farjas; o secretario desta entidade, Fernando Fernández; e o presidente de honra da Asociación Isabel Cendal de México, Jesús Pedreira. Ademais do cometido propio do encontro, os participantes nel tive-

Encontro no que se tratou a creación da bolsa para estudantes e investigadores

ron ocasión de ver o facsímil de documentos históricos que acreditan a chegada da Expedición Balmis e por tanto tamén de Isabel Cendal a territorio mexicano. O facsímil, que está en posesión do Concello de Ordes,

OROSO

Lea entre goberno e PP por un vertido na antiga vía O goberno de Oroso (PSOE) e o PP, principal grupo da oposición, protagonizaron unha nova diatriba a conta dun vertido de residuos na zona da antiga liña ferroviaria, que está proxectado convertir en Vía Verde.

O PP amosou a súa preocupación por estes feitos e lembrou que a vía está agora alugada ao Concello con vistas ao futuro proxecto. Por iso, pediu que o alcalde “deixe de mirar para outro lado” e tomase medidas.

O alcalde replicou acusando ao PP de “covardía” por non comunicar o vertido no Concello e divulgalo nos medios, algo que considera desleal. Mirás sinalou que levan anos eliminando vertedoiros incontrolados.

foi un agasallo do Concello de Veracruz á comitiva ordense que acudiu o pasado mes de outubro aos actos de irmandamento no país americano, sustendado precisamente polo vínculo que supón a figura de Cendal.


24

CRÓNICAS - Abril 2018

ACTUALIDADE MESÍA

ORDES Pechan ata o 7 de maio o parque Pilar Martínez por traballos de mellora

Xa se poden solicitar as axudas municipais por nacemento, adopción ou acollemento de 2018

Rectifican o mal estado do parque infantil do Mesón do Vento

O Concello de Mesía convocou días atrás as axudas por nacemento, adopción ou acollemento de nenos e nenas que se produzan durante este ano 2018. Consisten no pagamento único de 300 euros por cada criatura. As axudas poden solicitalas familias que teñan residencia efectiva no municipio na data previa ao nacemento, así como o empadroamento dos pais e do neno ou nena no momento de solicitar a axuda. Ademáis deben manterse no padrón municipal cando menos nos seguintes dous anos. Do contrario, terían que devolver a contía percibida. As peticións poden efectuarse ata o 31 de decembro, acompañadas de diversa documentación para identificar a familia e acreditar o empadroamento. Desde a presentación da solicitude, o Concello terá un mes para resolver cada caso. Fóra dese prazo, a concesión quedaría desestimada, segundo as bases.

O parque infantil do Mesón do Vento (Ardemil), situado na praza fronte á igrexa, acaba de ser renovado a fondo polo Concello de Ordes. As instalacións, tal como explica o goberno municipal, presentaban unha deterioración moi considerable, que agora se corrixiu mediante un investimento superior aos 18.500 euros. Os principais cambios neste espazo de ocio para a infancia están relacionados coas posibilidades de xogo e coas medidas de seguridade. Por iso, colocáronse randeeiras, torres, carteis e valos. Do mesmo xeito, no chan instaláronse pranchas de caucho de distintos grosores segundo a zona. Estes elementos garanten a seguridade no xogo ao ser moi efectivos para amortiguar posibles caídas. Así o require ademais a normativa específica sobre parques infantís. Por outra parte, o parque Pilar Martínez, situado nas inmediacións do colexio Castelao e do IES-1 na zona do Paraíso (Ordes) foi pechado

ORDES

Curso sobre alerxias alimenticias o 12 de maio A Cruz Vermella de Ordes organiza para o vindeiro 12 de maio un curso sobre alerxias alimenticias. Terá lugar nas instalacións da entidade, nos Baixos da Alameda, entre as 10:00 e as 13:00 horas. O prezo por participante é de 20 euros. Para matricularse e obter máis información, pódese chamar ao 981 216 497 ou escribir ao correo electrónico cruzrojaordes@cruzroja.es.

As melloras abranguen os elementos de xogo, o peche do perímetro e o chan

temporalmente. A razón é que se están desenvolvendo diversos traballos de mellora nas súas instalacións durante estas semanas. Encárganse das tarefas os alumnos e alumnas do obradoiro de emprego que comparten os concellos

de Frades e de Ordes. A previsión do Concello é que, unha vez concluída a intervención, o parque poida estar aberto de novo ao público a partir do luns 7 de maio, de maneira que volvería estar plenamente operativo coa chegada dos meses de verán.

TORDOIA

ORDES

Unha exposición sensibiliza sobre o acollemento familiar

O CPI Pecalama expón na Casa da Cultura xoguetes creados con material de refugallo

ORDES

Leve tremor de terra entre Buscás e Ardemil Os sismógrafos do Instituto Nacional de Geografía detectaron un pequeno terremoto na zona entre Faramilláns (Buscás) e A Barcula (Ardemil), no municipio de Ordes. Foi ás oito e media da mañá do xoves 22 de marzo. O tremor acadou os 2,5 graos na escala de Ritcher, o que supón que practicamente non foi perceptible para ningunha persoa. O epicentro situouse a uns once quilómetros de profundidade.

A mostra itinerante da Cruz Vermella estivo en varios espazos públicos de Ordes

Diversos espazos da escola de música, da piscina municipal, da biblioteca ou do centro de saúde de Ordes acolleron os paneis da exposición itinerante ‘Acollemento familiar. En familia, por dereito’ da Cruz Vermella. A mostra describe o proceso do acollemento familiar mediante

testemuños de familias acolledoras e de persoas adultas que no seu día foron acollidas. A intención desta iniciativa é informar e sensibilizar sobre os programas de acollemento, de maneira que ao final haxa cada vez máis persoas que se animen a participar nel.

O CPI Pecalama expuxo na Casa da Cultura de Tordoia unha serie de xoguetes creados polo seu alumnado utilizando material de refugallo. A mostra procura ensinar a darlle outros posibles usos a obxectos cotiás. Deste xeito, aspira a poñer de manifesto a importancia da reciclaxe e a súa vinculación coa ecoloxía e co concepto de sustentabilidade.


25

CRÓNICAS - Abril 2018

ECONOMÍA E TRABALLO CERCEDA A empresa comezou en 1998 a comercializar algas en diversos formatos

ORDES

Porto-Muíños obtén o premio á Mellor Iniciativa Empresarial Consolidada

Flinq, que audita a rede eléctrica de Ordes, acada o premio Galicia de Enerxía

A empresa Porto-Muíños, con sede en Cerceda, foi distinguida nos II Premios ás Mellores Iniciativas Empresariais da Provincia, convocados pola Deputación da Coruña. O galardón que lle0 outorgou o xurado foi o da Mellor Iniciativa Empresarial Consolidada, mentres que OpSeeker Tech, de Ames, recibiu o de Mellor Iniciativa Empresarial Nova e a santiaguesa DinaHosting o de Mellor Iniciativa Socialmente Responsable. Porto-Muíños é unha firma familiar que comezou comercializando algas en 1998. Nos primeiros anos, procesábanas para a súa venda en deshidratado e conserva. Actualmente tamén se poden atopar os seus produtos en po, salgadura e en fresco. Distribúen a produción por toda España e en distintos países dos cinco continentes. A empresa localizada en Cerceda dedícase tamén a elaborar outros produtos autóctonos das costas galegas, como conservas de ovas de ourizo de mar, fígado de rape, mexillóns con algas ou infusións.

Os premios Galicia de Enerxía 2018 distinguiron na categoría de proxecto emprendedor á empresa Flinq, encargada de realizar a auditoría da subministración eléctrica do Concello de Ordes. O xurado dos premios, convocados polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, recoñeceu de maneira especial o traballo do grupo de enxeñeiros que conforman a empresa para desenvolver a aplicación ‘Mapa Munic’. Con ela, poden ter localizados, descritos, inventariados e actualizados nun mapa os elementos do sistema de iluminación pública e outro equipamento eléctrico municipal. O Concello de Ordes felicitou á empresa polo premio. Iago Pedreira, un dos enxeñeiros industriais que creou o proxecto, asegurou que foi “un dos primeiros Concellos en apostar por esta ferramenta”, que deixa atrás a documentación en papel, pouco manexable e custosa de actualizar.

Acto de entrega dos premios convocados pola Deputación da Coruña

Porto-Muíños destaca ademais por implicarse en conservar a diversidade biolóxica do medio mariño, do que obtén a materia prima. Por iso, colabora coa universidade e Instituto Oceanográfico. Ao acto de entrega dos premios,

no Palexco da Coruña, acudiron o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o deputado provincial de Economía e Emprego, Xosé Luis García, e o presidente da Confederación de Empresarios da Coruña, Antonio Fontenla, entre outras persoas.


26

CRÓNICAS - Abril 2018

ECONOMÍA E TRABALLO COMARCA Intentará ofrecer saídas personalizadas para máis de 300 traballadores, un 83% mulleres

O plan para a reinserción laboral das vítimas dos ERE no téxtil custará 1,2 millóns de euros Xa se coñecen os detalles do plan presentado pola Xunta de Galicia para intentar que as persoas afectadas polos Expedientes de Regulación de Emprego (ERE) no sector téxtil poidan atopar unha nova ocupación. Chámase Galitex, está financiado pola Comisión Europea nun 60% e pola Xunta nun 40% e o seu custo total para toda Galicia será de 1,2 millóns de euros. A intención do plan é que as 303 vítimas de despedimentos, o 83% mulleres entre os 30 e os 54 anos de idade, accedan a novos empregos, tanto no mesmo sector como noutros ámbitos industriais nos que se aprece que existe un potencial de desenvolvemento. O plan ofrece unha serie de medidas que se tratan de adaptar ás necesidades de cada persoa, ademais dun seguimento individualizado en todo o proceso de reinserción no mercado laboral. Partindo dun diagnóstico inicial de cada caso, inclúe diversas actividades formativas, un

programa de orientación aberto á opción do autoemprego, accións de apoio á recolocación e, xa por último, incentivos para acceder a axudas por desprazamento, coidado de descendencia ou persoas dependentes e prácticas en empresas. PERÍODO DOS ERE Os EREs que se inclúen nesta iniciativa son os que se produciron entre o 30 de xullo de 2016 e o 30 de abril de 2017 nas empresas Caramelo, Confecciones Deus, Deus Creaciones, Shivshi e Viriato. No acto de presentación do plan en Ordes, o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, solicitou unha iniciativa semellante para as vítimas de EREs ou despedimentos no sector fóra dese intervalo, segundo o Concello fixado pola Comisión Europea. PRESENTACIÓN A presentación, na Casa da Cultura de Ordes ante decenas de traballadoras e traballadores sen emprego

Presentación pública do plan Galitex na Casa da Cultura de Ordes

do sector, contou coa presenza da secretaria xeral de Emprego da Xunta, Covadonga Toca, a subdirectora xeral autonómica de Relacións Laborais, María Cotinho, o alcalde ordense, a

ORDES Fondos para emprendemento, internacionalización ou enerxías renovables

Divulgan as axudas dispoñibles para empresas e autónomos

O acto promocional desenvolveuse nos Baixos da Alameda de Ordes

A Xunta organizou en Ordes unha charla para informar de diversas axudas e subvencións ás que poden optar empresas e persoas autónomas. Entre as que ofrece o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), destacan as destinadas a emprende-

mento, creación e consolidación de emprego, internacionalización e colaboracións con organismos públicos. Tal como se explicou, nalgúns casos as achegas son a fondo perdido e noutros facilitan os investimentos en materias como adquisición de equi-

pos produtivos, incentivos económicos á inserción laboral ou accións de fomento do cooperativismo. A charla dedicou tamén un capítulo ás convocatorias do Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), ideadas para proxectos de aforro e eficiencia enerxética ou para iniciativas relacionadas coas enerxías renovables. Segundo os casos, poden ser solicitadas tanto por parte de particulares como de administracións locais, entidades, empresas e autónomos. A charla, ante varias decenas de persoas, desenvolveuse nos Baixos da Alameda de Ordes. Foi promovida pola Consellería de Economía, Emprego e Industria en colaboración co Concello de Ordes. Interviron o delegado provincial da Xunta, Ovidio Rodeiro, ademais do alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo; o concelleiro de Comercio, José Manuel Rodríguez; o xefe provincial de Economía, Emprego e Industria, Isidoro Martínez; e a responsable do IGAPE no ámbito da Coruña, Belén Fernández.

concelleira de Emprego, Susana García, o secretario xeral de COINTEGA, Alberto Rocha, Cristóbal Álvarez, do sindicato CC.OO., e Ánxles González, do sindicato UXT Galicia.

Información para técnicos e asesorías sobre apoios a proxectos no rural Outra charla, tamén acometida pola Xunta e polo Concello ordense, informou a técnicos de oficinas agrarias comarcais, de organizacións sindicais agrarias e de asesorías sobre as novidades de axudas para investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas no rural por parte de xente nova ou para o desenvolvemento de pequenas explotacións en 2018. A convocatoria explicada está financiada nun 75% por fondos europeos. O prazo de solicitudes estivo aberto ata o pasado 16 de abril. O delegado provincial da Xunta, Ovidio Rodeiro, considera que supoñen “unha oportunidade para seguir afondando na profesionalización dos nosos [sic] agricultores e gandeiros”, tanto na vía de ampliación das explotacións como na de favorecer a incorporación de mozos e de mozas á actividade no sector.


CRÓNICAS - Abril 2018

27

PUBLICIDADE No seu obrador de Sigüeiro, Suso Lareo e María José Calviño elaboran postres artesáns para hostalería e superficies

A flor do toxo é o ingrediente que dá personalidade á “Crema Gallega” de Casa Xacobe Postres Caseros No seu obradoiro Casa Xacobe Postres Caseros, en Sigüeiro, os reposteiros artesáns Suso Lareo e María José Calviño dedícanse á elaboración de sobremesas artesás sen aditivos nin conservantes totalmente naturais e apostando sempre polas materias primas de primeira calidade de Galicia.

En Casa Xacobe Postres Caseros xa están con novos proxectos en fase de estudo para a creación e innovación de sorprendentes postres caseiros.

Baixo esta premisa ambos emprendedores crearon unhas sobremesas galegas únicas, como son a Tarta del Peregrino, Delicia de Queimada Galega, Capricho Celta e a súa última creación: a CREMA GALLEGA, todos eles manxares exclusivos froito da súa capacidade innovadora e marcas rexistradas.

A Chorima, flor de Galicia A Crema Gallega, este delicioso e exquisito postre, está elaborado cun ingrediente moi peculiar, trátase da Flor de Toxo, a flor máis representativa de Galicia.

A auténtica e única Crema Gallega

Tras un longo tempo de investigación e probas, Suso e María José conseguiron obter finalDesde que empezaron a comente unha sobremesa total- mercializar a Crema Gallega a mente única e incomparable . demanda do produto é cada vez maior, incluso a cadea de superDa flor de Toxo, tras un longo mercados Gadis decidiu tela nos proceso, extraen todo o seu seus lineais. aroma para achegarllo logo á Crema e tamén elaboran coa flor Mesmo unha gran empresa un caramelo caseiro líquido, que multinacional do sector lácteo se engade o postre no momento manifestou aos seus creadores Mª de consumila. Da fusión entre a José Calviño e Suso Lareo moito Crema e o caramelo líquido obte- interese por este delicioso postre, mos finalmente a Crema Gallega, aínda que eles prefiren seguir reacabe destacar que unha vez se en- lizando o seu traballo de xeito argade o caramelo sobre a crema tesanal apostando polas materias non se debe remover nunca ,pois primas galegas de primeira calié a mellor forma de apreciar o de- dade e elaborando naturalmente licioso sabor desta especialidade. sen aditivos químicos.

O noso traballo, o teu pracer

Exquisita fusión de ingredentes en combinación perfecta . Para a creación deste postre os ingredentes estrela son: leite galega de vacas de pastoreo e a flor tan representativa de Galicia como é a Flor do Toxo. Tras a elaboración manual e a fogo lento, obtense como resultado unha crema cunha textura e sabor únicos.


28

CRÓNICAS - Abril 2018

ECONOMÍA E TRABALLO LEITE No Parlamento de Galicia, para determinar se hai comportamentos ilegais

Reclaman crear unha comisión de investigación sobre os prezos do leite

PREZOS DO LEITE

FEBREIRO/XANEIRO (€/litro) Galicia Andalucía Aragón Asturias Baleares Canarias Cantabria Castela-A Mancha Castela e León Cataluña Extremadura Madrid Murcia Navarra Euskadi A Rioxa Valencia ESPAÑA

0,316 0,337 0,315 0,350 0,306 0,451 0,332 0,343 0,333 0,340 0,325 0,339 0,324 0,329 0,348 0,337 0,341 0,329

0,317 0,337 0,320 0,351 0,313 0,450 0,333 0,349 0,335 0,325 0,328 0,345 0,326 0,336 0,347 0,342 0,341 0,329

Estudar posibles pactos ilegais de prezos á baixa por parte das industrias lácteas e averiguar as causas de que o prezo do leite en Galicia está entre os máis baixos de España e do conxunto da Unión Europea. Son dous dos principais propósitos que debería ter a comisión de investigación que o SLG solicitou crear no Parlamento de Galicia. Unha comitiva desta entidade sindical foi recibida na cámara autonómica polos grupos de En Marea, do PSdeG-PSOE e do BNG. O PP non atendeu a solicitude de reunión. Os grupos políticos da oposición tomaron nota da petición. De acordo co SLG, a comisión de investigación, no caso de crearse, debería chamar a expertos para explicar cuestións como “por que unha mesma empresa paga menos en Galicia que en comunidades veciñas por un leite de igual calidade e que despois se vende no mesmo brick e baixo a mesma marca”, sinala o sindicato. A creación da comisión de investigación faise necesaria, na opinión

da organización que a solicita, ante a “pasividade” da Consellería do Medio Rural ante os “graves problemas” do sector leiteiro galego, que non detén a velocidade de peches e xa baixa das 8.000 explotacións. Outras propostas trasladadas aos grupos políticos son restaurar foros como a Mesa do Leite e que as industrias que reciban subvencións es-

ORDES

OROSO A empresa, con base loxística en Sigüeiro, colabora con Anfaco-Cecopesca

A punto de comezar un curso de automoción destinado a persoas desempregadas

Vegalsa-Eroski inicia unha campaña de promoción da conserva galega

Este 24 de abril está previsto o inicio en Ordes dun curso formativo para persoas en situación de desemprego. Organizado pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, a súa temática será a automoción, concretamente o mantemento de motores e dos seus sistemas auxiliares. As persoas interesadas en participar tiveron ocasión de inscribirse neste curso acudindo á oficina de emprego da Rúa de Galicia. O curso vaise desenvolver nas instalacións do IES-1 de Ordes, aproveintando que conta con dependencias adaptadas para impartir formación profesional na área de automoción. En conxunto, a súa duración será de 538 horas, que se distribúen entre 458 de carácter teórico e 80 de tipo práctico. Esta iniciativa pretende servir de reforzo formativo ás posibilidades do seu alumnado de atopar un emprego.

A campaña iniciada este mes comeza con malas perspectivas para as cotizacións

tean obrigadas a ofrecer prezos dignos e boas prácticas mercantís acreditadas por auditorías. O SLG lembra que as granxas están en situación de “extrema vulnerabilidade” na nova campaña, pois xa comezaron a baixar os prezos ao pouco de comezar a subir e non aproveitaran as subas xeralizadas en toda Europa do pasado 2017.

Presentación da nova campaña nun establecemento Eroski Center en Vigo

A empresa de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski, que conta cunha plataforma loxística para mercadorías xerais no polígono de Sigüeiro (Oroso), activou unha campaña de promoción das conservas de peixe, que desenvolve en conxunto

con Anfaco-Cecopesca. A iniciativa terá presenza ata o mes de setembro en toda a rede de tendas da compañía en Galicia, Asturias e Castela e León, da man das enseñas Eroski Center, Híper Eroski, Autoservicios Familia, Cash Record,

MEDIAS ESPAÑA FEBREIRO 2014 0,390 2015 0,327 2016 0,306 2017 0,316 2018 0,329

PRODUCIÓN FEBREIRO 2017

2018

Galicia 201.905 tn 212.639 tn España 541.717 tn 562.255 tn Fonte: FEGA (03-04-2018)

Eroski City e Aliprox. Son 262 establecementos en total. Entre outros contidos, a campaña lanza unha oferta e un folleto comercial para apoiar os enlatados autóctonos galegos. O obxectivo é facer máis visibles as conservas ante os clientes e destacar ante eles a súa calidade como produtos de proximidade. Vegalsa-Eroski explica que a das conservas é unha das categorías máis representativas nas súas compras aos provedores locais. En 2017 investiu neste ámbito uns 17,7 millóns de euros, o que supuxo case dous millóns de euros máis que no ano anterior. O incremento de vendas na categoría de conservas en 2017 foi do 13,4 %, segundo cuantifica a propia firma. A campaña foi presentada nun dos establecementos Eroski Center da empresa en Vigo (Pontevedra). No acto participaron o director xeral de Vegalsa-Eroski, Joaquín González; o secretario xeral de ANFACO, Juan Vieites; e a conselleira do Mar, Rosa Quintana.


CRÓNICAS - Abril 2018

29

ECONOMÍA E TRABALLO

As tellas de Cerámica Verea, empresa con factoría en Mesía, son as que máis duran de todas as que se fabrican en España, de acordo coas acreditacións da Asociación Española de Normalización e Certificación (AENOR). As fichas desta entidade inclúen como valor garantido que as tellas de Verea superan os 500 ciclos de xeo-desxeo, tal como o certificou un laboratorio independente. Deste xeito, Verea explica que se convertiu na primeira compañía española do sector que acada este recoñecemento técnico. Polo momento, AENOR actualizou as fichas dos modelos de tella 40x15 e Verea S. Nos vindeiros meses está previsto que os demais produtos reciban a correspondente acreditación. Segundo Verea, a selección coidadosa das arxilas, a optimización dos procesos de cocción a 1.050 graos de temperatura e os controis continuos permitiron incrementar a calidade ata obter a tella cerámica con maior durabilidade do mercado. Na actualidade, é o único fabricante de tellas cerámicas que ofrece cincuenta anos de garantía a todas as súas tellas cerámicas. RECOÑECEMENTO PREVIO Os recoñecementos de calidade de Verea non son novos. Hai que lembrar que desde 2009 as súas tellas xa estaban clasificadas co nivel 1 de resistencia ás xeadas segundo

INDUSTRIA As pezas fabricadas en Mesía superan os 500 ciclos de xeo-desxeo

AENOR acredita que ningunha tella española dura máis que as de Verea a normativa europea UNE EN 539-2, que require superar máis de 150 ciclos de xeo e desxeo. E hai dous anos, en 2016, o laboratorio American Test Lab de Florida (Estados Unidos) certificou mediante un ensaio o grao 1 para as tellas Verea dos modelos Verea S e Verea Curva. A tella plana xa contaba con esta indicación. Estas avaliacións técnicas fan que actualmente toda a tella de Verea teña autorización para ser colocada nas zonas coa climatoloxía máis esixiente, como o norte dos Estados Unidos e Canadá. A empresa está ubicada nun complexo industrial de case 300.000 metros cadrados e conta con tres liñas de produción con capacidade para fabricar cincuenta millóns de tellas cada ano. Ademais, dispón dunha planta para moer preparada para procesar máis de 200.000 toneladas ao ano e de dous patios de almacenamento. A facturación de Cerámica Verea é duns oito millóns de euros ao ano. Dá emprego de xeito directo a corenta e seis persoas.

Robot da fábrica de Cerámica Verea en Mesía, en pleno proceso de produción


30

CRÓNICAS - Abril 2018

XENTE DE AQUÍ COMARCA Conformada por doazóns e adquisicións de creacións de grandes artistas galegos

Obradoiro da História crea unha colección de arte contemporánea A asociación cultural Obradoiro da História acaba de crear unha colección de arte contemporánea, iniciativa sen precedentes na comarca que ten como gran cometido dar a coñecer a arte pictórica dos grandes autores galegos. Os responsables da entidade explican que inicialmente a colección será xestionada por Obradoiro da História, mais non descartan crear unha asociación ou unha fundación privada para conservar e difundir as pezas integrantes da colección. O obxectivo deste proxecto totalmente altruísta é “espertar o interese pola arte, así como incrementar o patrimonio cultural da comarca”, de maneira que a arte estea “ao noso alcance e ninguén terá que saír da comarca para ver obras dos grandes artistas galegos”, explican. Partindo do altruísmo, a colección comezou a compoñerse mediante a

solicitude da doazón xenerosa dunha obra a diversos autores de pintura, debuxo, caricaturas... Sen embargo, a asociación prevé a posibilidade de adquirir obras ou do pagamento de materiais. Neste sentido, intentarán mercar obras orixinais de artistas de renome xa falecidos, como Laxeiro. Obradoiro da História detalla que todas as obras que forman parte do fondo serán orixinais. No proceso de constitución da colección non intervén ningunha institución pública. Cando o fondo estea formado, planean expoñelo en salas da comarca de Ordes ou noutros lugares onde sexa demandando.

COMARCA

ORDES Agás no Castelao

Iniciativa solidaria de recollida de material para a reforma dun orfanato en Burundi

Cerdeiras nos colexios para celebrar o Día da Árbore

A organización non gubernamental Axuda a Burundi activou unha campaña solidaria para recoller material destinado á reforma integral do orfanato de Mugabezaki W’ingo, en Gitega. En Ordes, o material pode entregarse na escola infantil privada Pequelúa e nas instalacións dos Bombeiros e de Protección Civil no polígono industrial. Entre o material que interesa, están xeradores e material eléctrico, ferramentas agrícolas, materiais de construción, fiestras, portas, ferramentas, equipos de soldadura, tubaxes e elementos de saneamento, utensilios de cociña, mosquiteiras, somieres, colchóns, roupa de cama, sanitarios, mobiliario ou leite infantil. A intención da ONG é encher un contedor marítimo con todo o material para así equipar a infraestrutura xa comezada a construír cun investimento de 12.000 euros. Recoméndase efectuar as doazóns canto antes.

APOIOS A asociación busca o apoio de empresas e de particulares sensibles coa cultura e coa arte. Exercerán como mecenas e os seus nomes figurarán nos créditos das exposicións e nos ca-

Os centros escolares de Ordes celebraron o Día da Árbore, tamén Día Internacional dos Bosques, coa plantación de cadansúa cerdeira nos patios do CEIP Campomaior e do CEIP Mesón do Vento. En total, máis dun centenar de nenos e nenas participaron na xornada, á que asistiron o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, e a concelleira de Educación, Susana García, que ademais de axudar na plantación entregaron diverso material aos estudantes. Á conmemoración, que ten como fin concienciar sobre o coidado das árbores e do medio ambiente, non se sumou o CEIP Castelao por decisión da dirección. Este colexio alegou para rexeitar a invitación municipal que xa participa nun proxecto coa mancomunidade de montes de Vincios, en Gondomar (Pontevedra), consistente na creación de viveiros de carballos.

Obras de Siro López e María Porta, entre as primeiras en formar parte da colección

tálogos que se editen, segundo anticipan desde a asociación. O proxecto, comezado o pasado xaneiro, xa conta con obras doadas ou compradas de artistas da relevancia de Luís Seoane, Alfonso Abelenda, Siro López, Tino Cuesta, Nolo Suárez, Alfredo Erias, Novais, María Porta ou María Leal. Do mesmo xeito, teñen comprometidas colaboracións de artistas gráficos como Xaquín Marín ou Xosé

Lois ‘O Carrabouxo’, ou doazóns de Pedro Bueno, Martina Bugallo, Sergio Ribeiro ou Felipe Senén. O seu listado de contactos inclúe os nomes máis importantes da arte galega contemporánea actual: Quintana Martelo, Alfonso Costa, Goyanes, Antón Patiño, Menchu Lamas, Lamazares, Rafael Úbeda, Nietto, Xurxo Martiño, Viki Rivadulla, Mon Lendoiro, García Rivas, Iglesias Diz, Antón Sobral, Romero Masiá...


CRÓNICAS - Abril 2018

31

XENTE DE AQUÍ ORDES Implicou a uns trescentos alumnos e alumnas

O IES Maruxa Mallo dá exemplo cun Congreso Escolar pola Igualdade O IES Maruxa Mallo de Ordes celebrou o I Congreso Escolar pola Igualdade durante dúas xornadas, nas que promoveu cunha ampla programación ferramentas de igualdade e actitudes contra o sexismo entre o seu alumnado. Entre as actividades que desenvolveu o congreso, destaca unha exposición de relatorios de diversa temática como a publicidade sexista, mitos do amor romántico ou a construción de relacións sas e igualitarias. Ademais, leváronse a cabo escenificacións audiovisuais sobre os micromachismos, a mutilación xenital feminina, a linguaxe non sexista ou a beleza como valor de mercado. Outros contidos do congreso do Maruxa Mallo foron a presentación da campaña ‘Día Internacional das Mulleres. Queremos un lugar no mundo. O mundo é o noso lugar’, a representación teatral ‘Loitando pola

igualdade’ protagonizada polo alumnado do centro, ou a proxección do traballo audiovisual ‘Os nomes das loitadoras: en ouro porque son valiosas, en pedra porque son eternas, en violeta porque son mulleres’, realizado por Lucas Morán Pin con tecnoloxía robótica dron a raíz do paro feminista do 8 de marzo. O I Congreso Escolar pola Igualdade deste instituto ordense, no que participaron uns trescentos alumnos e alumnas, obtivo o respaldo institucional da Xunta e do Concello. Nunha das xornadas acudiu a secretaria xeral de Igualdade da Xunta, Susana López Abella, que felicitou á organización pola iniciativa e destacou a relevancia de que este tipo de proxectos existan no ámbito escolar. Tamén o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, destacou o labor da dirección e o equipo docente do IES e a implicación do colectivo de estudantes.

O Congreso levoeu unha xornada ao Museo do Traxe e outra á Casa da Cultura


32

CRÓNICAS - Abril 2018

XENTE DE AQUÍ CERCEDA

FRADES

Excursión municipal con 50 persoas por terras estremeñas

Sesións contra o estrés e a ansiedade nas mulleres

Participantes na viaxe, nun momento do percorrido por Plasencia

As clases desenvólvense no anexo polivalente da Casa do Concello

Medio centenar de persoas participaron na excursión organizada polo Concello de Cerceda para coñecer varias cidades e vilas estremeñas durante varios días. Entre as localidades que visitaron no percorrido en autobús, figuran Plasencia, Trujillo, Cáceres, Mérida ou Guadalupe, onde se detiveron a coñecer o mosteiro.

Unhas vinte mulleres de Frades participaron nas sesións de técnicas de relaxación contra o estrés e a ansiedade, que organizou o Concello da man da entidade Mestura. A participación nesta actividade resulta de balde, posto que os gastos asumiunos a Xunta mediante fondos europeos, segundo afirma o Concello.

A viaxe serviu para que puidesen descubrir os principais atractivos turísticos das localidades que visitaron, en especial os elementos históricos, culturais ou arquitectónicos, así como as tradicións e a gastronomía locais. As excursións por Galicia e outros puntos de España son frecuentes na programación municipal.

Dentro do mesmo programa para mulleres, o Concello programou outras actividades, tamén gratuítas. Unha delas son trinta horas sobre filigranas e complementos decorativos do fogar e outra, tamén de trinta horas de duración, oriéntase ao manexo e utilización de tabletas e teléfonos móbiles de última xeración.

FRADES

ORDES

Celebran en Abellá os cen anos de idade dunha veciña da Vila

Charla da AECC sobre a atención social para persoas enfermas

María Novoa Bao, no centro, co seu fillo e a súa nora, alcalde e concelleira

A charla foi ofrecida por Paula Romero, traballadora social da AECC

María Novoa Bao, veciña do lugar da Vila, na parroquia de Santo Estevo de Abellá, en Frades, cumpriu cen anos. É a única muller do municipio con esta idade. Entre os homes, vive en Aiazo Ramiro López Cotón, camiño dos 101 anos. O Concello ofreceulle unha ho-

A xunta local da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) organizou en Ordes unha charla informativa sobre a atención social precisa para persoas enfermas de cancro. O acto, que tivo lugar no salón de plenos situado nos baixos

menaxe a Novoa. O alcalde, Roberto Rey, e a concelleira Ángeles Álvarez, acudiron ao seu domicilio para entregarlle unha placa conmemorativa e flores. A homenaxeada vive co seu fillo e coa súa nora. Ten dous netos, catro bisnetos e tres tataranetos.

da Alameda de Ordes, contou coa intervención, como relatora, de Paula Romero López, traballadora social da AECC. Con esta iniciativa, seguida por case unha decena de persoas, a AECC pretende garantir a información á veciñanza.


33

CRÓNICAS - Abril 2018

XENTE DE AQUÍ FRADES

COMARCA

Un día de festa veciñal dedicado á filloa e á cacheira

Novo curso de preparación para o certificado de lingua galega

Actuación de Embruxo Gaiteiros no pavillón que acolleu a festa

As clases, a cargo da técnica do SNL, son os luns e os xoves pola mañá

A parroquia de Abellá (Frades) celebrou unha xornada de festa, na véspera do San Xosé, na que lle deu protagonismo á filloa e á cacheira. É o sétimo ano que a asociación veciñal Os Labregos organiza esta celebración, na que colabora o Concello.

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) da Mancomunidade de Ordes iniciou un novo curso de preparación para obter o Certificado de Lingua Galega (CELGA) no nivel 2. Ata finais de maio, o alumnado recibirá a formación que lle axu-

Para preparar as filloas, contaron co filloeiro grande de Lestedo, capaz de preparar ducias e ducias de filloas de maneira continua. Da música encargouse o grupo folclórico ordense Embruxo Gaiteiros, ademais dunha orquestra para a verbena.

ORDES

Curso de defensa persoal para mulleres o 12 e o 19 de maio no pavillón Campomaior A asociación ‘Enfeitizados’ organiza un curso de defensa persoal para mulleres en colaboración co Concello de Ordes. Haberá dúas sesións, o 12 e o 19 de maio, que se desenvolverán

no pavillón polideportivo do Campomaior entre as dez da mañá e as doce do mediodía. O curso está dirixido a adultas. Poden acudir ás dúas sesións ou unica-

mente a unha. O número de prazas é limitado e o prezo da actividade é de 12 euros por sesión. Para as socias de Enfeitizados existe un desconto de 2 euros por cada clase.

dará “acadar esta titulación de cara a futuros procesos selectivos na administración pública xa que en moitos casos é un requisito indispensale”, en palabras de Susana García, concelleira de Educación de Ordes, na súa benvida aos alumnos e alumnas do curso.

A actividade estará impartida polo mestre nacional de aikido Dan Cshihan-Dad de Aikido Dentó Ryu, que ensinará diversas técnicas de autodefensa baseadas na súa especialidade. Para facer efectivas as anotacións e para obter máis información sobre esta iniciativa, hai que chamar por teléfono ao 630 723 431.


34

CRÓNICAS - Abril 2018

XENTE DE AQUÍ ORDES

MESÍA

Ciclo de charlas para preparar o exame de competencias clave

Eli Ríos presenta a súa obra Luns nos colexios e na Casa da Cultura

Presentación da novela, editada por Xerais, na Casa da Cultura en Xanceda

As probas de avaliación serán o vindeiro 12 de maio en Silleda

A Mancomunidade de Ordes iniciou un ciclo de charlas de apoio para preparar as competencias clave e as habilidades sociais no nivel II de calificación profesional. As sesións teñen lugar nos Baixos da Alameda ordense cada martes pola mañá. Asisten unhas

trinta persoas ás clases, impartidas por persoal dos diferentes servizos da entidade supramunicipal. Esta iniciativa pretende dar asesoramento e información e apoio de cara ás problas de avaliación fixadas para o vindeiro 12 de maio en Silleda (Pontevedra).

OROSO

FRADES

Teatro no centro cultural este 27 de abril para conmemorar a Batalla de Sigüeiro

Aiazo ofrece as súas tortillas entre temporal e temporal

Oroso conmemorará a Batalla de Sigüeiro, acaecida en 1846, coa representación teatral de Abril de lume e ferro, orixinal de Manuel María, este venres 27 de abril no centro cultural de Sigüeiro (21:30 horas). Nesta iniciativa, organizada polo Concello de Oroso, colabora a Asociación Cultural e Teatral Abril de Lume e Ferro, de Carral, encargada da representación. A Deputación da Coruña patrocina a actividade. A obra recrea o levantamento liberal galego de 1846 protagonizado por Miguel Solís contra o goberno de Narváez. O enfrontamento entre conservadores monárquicos e liberais provincialistas tivo lugar na Batalla de Cacheiras, en Sigüeiro e tamén en Santiago. O levantamento, que defendía máis dereitos e liberdades, finalizou co fusilamento dos líderes sublevados, os denominados “Mártires de Carral”, por ser alí onde os mataron.

Unha pausa, pequena, entre temporal e temporal, foi o oco que por azar atopou a celebración da Festa da Merenda de Aiazo (Frades) deste ano. O evento, que organiza a asociación veciñal Os Pasos coa colaboración do Concello, perdeu por efecto da meteoroloxía algúns dos espazos de aparcadoiro e zonas para acampar. Polo demais, todo sucedeu coa normalidade habitual. A mediodía, empezaban a estar preparadas as primeiras tortillas do milleiro que unhas 25 cociñeiras planeaban elaborar. Despois, actuacións musicais cunha charanga, foliada con diversos grupos de música tradicional do municipio e da contorna e unha verbena convencional con dúas orquestras. O Concello destacou que nesta ocasión baixaron as familias que acodiron á festa, pero incrementouse a presenza xuvenil.

A escritora Eli Ríos presentou a súa novela Luns en Mesía. Fíxoo en foros diferentes. Primeiro pasando polos centros educativos do municipio, en contacto directo co alumnado. E despois na Casa da Cultura en Xanceda, na que reflexionou sobre a obra, editada por Xerais, ante varias decenas de persoas. Luns acadou en 2016 o Premio Torrente Ballester de Narrativa en

Lingua Galega, convocado pola Deputación da Coruña. A obra enfronta aos lectores á inestabilidade e a fraxilidade da vida, a partir da protagonista, Nerea, profesional exitosa, que recibe un diagnóstico de cancro de mama e ten dous meses para facer unha morea de cousas pendentes. Na presentación do libro colaborou a libraría Arume, de Ordes.

A festa ofrece tortillas para consumir no lugar ou para levar para a casa

As tortillas elabóranse por centos de unidades no propio campo da festa


35

CRÓNICAS - Abril 2018

DEPORTES ATLETISMO Ánxeles Rodríguez, nova campioa de España en Ruta Máster

NATACIÓN

Juan Loureiro, campión galego sub10

Crean un novo club de natación e tríatlon, con dúas clases semanais na piscina climatizada

Varios integrantes do Atlética A Silva-Ordes acudiron a concentracións recentes

Juan Loureiro, no máis alto do podio

O atleta Juan Loureiro Mosquera acadou a medalla de ouro no primeiro Campionato de Galicia de un quilómetro en ruta na súa categoría, a sub10. Outra integrante do Club Atlética A Silva-Ordes, Ánxeles Rodríguez, é a nova campioa de España en Ruta Máster. Ela mesma rematara en segunda posición o I Campionato de Galicia de Milla en Ruta na súa categoría W60.

Pola súa parte, Gloria Pena Gutiérrez foi convocada pola Federación Galega de Atletismo para a concentración do sector de velocidade, efectuada en Ourense. O club acudiu ao Campionato de Europa Máster en Pista Cuberta, celebrado en Madrid. Desprazáronse a esta cita Ana Abuín, Basi Bernárdez, José Domínguez, María José Fraga, José Manuel Gontá e Ánxeles Rodríguez.

Nace o Club de Natación e Tríatlon de Ordes. A nova entidade funciona desde hai unhas semanas e desenvolve a súa actividade na piscina climatizada municipal Iván Raña dous días por semana: os martes e os xoves. Os horarios nos que están traballando, nas dúas xornadas, son de 19:30 a 20:30 horas para os máis novos e de 20:30 a 21:30 horas para as persoas de idade adulta. O club nace co propósito principal de incrementar o nivel dos deportistas que finalizan o ciclo de aprendizaxe e perfeccionamento que imparte o Concello. Con esta continuidade, poden intentar abrir a porta de participación en competicións. O prezo do club é de 30 euros mensuais. As persoas interesadas en formar parte poden solicitar información na piscina climatizada ou escribir ao enderezo de correo electrónico danigoncas@ gmail.com.

A categoría absoluta deberá completar un percorrido de 8,6 quilómetros de longo e está integrada no circuíto provincial deste tipo de probas. Para anotarse, hai que rexistrarse na páxina web www.emesports.es. Os corredores e corredoras de dezasete anos ou menos teñen inscrición de balde. A partir da categoría júnior

a inscrición custa cinco euros. A carreira entrega premios en metálico por valor total de 1.225 euros, con asignacións para os cinco primeiros clasificados da proba absoluta e para os tres mellores equipos en categoría masculina e feminina. Os tres primeiros e primeiras de cada categoría recibirán trofeo.

Estes son tres dos éxitos máis destacados das últimas semanas para a entidade, que tamén viu como María Pena e Pepe Domínguez foron convocados pola Real Federación Española de Atletismo para a concentración de lanzamentos en León na Semana Santa. Domínguez tamén acudiu á reunión española de adestradores e ao segundo foro xeración de atletismo.

FRADES

A carreira pedestre celébrase o sábado 12 de maio A carreira pedestre de Frades mantén aberto o prazo de anotacións ata a medianoite do 10 ao 11 de maio, véspera do día da proba, organizada polo Concello e a Federación

Galega de Atletismo. A partida e meta da competición estará situada na Pontecarreira. A partir das cinco da tarde irán tomando a saída as distintas categorías de idade.


36

CRÓNICAS - Abril 2018

DEPORTES CICLISMO Un cento de corredores júnior e máster

Juan José Álvarez encabeza o primeiro trofeo ordense CICLISMO A proba acadou os 150 participantes

Rubén Fernández gaña o III Memorial Fernando Abad Rubén Fernández, do equipo Norinver, proclamouse campión do III Memorial Fernando Abad de ciclismo en Oroso. José Ignacio Méndez, de Garajes Paco, gañou o premios das Metas Volantes. Na categoría júnior, o gañador foi Brais Gómez, de Ponteareas. Javier de la Fuente (Norinver) gañou na categoría Master 50, Rubén Fernández en Master 40 e José Ignacio Méndez en Master 30.

A proba, que lembra a quen era presidente do Tambre Bike, falecido aos 32 anos mentres adestraba en Santiago, congregou uns 150 ciclistas de diferentes clubes procedentes de toda Galicia. Entre eles estivo o ordense Iván Raña. O percorrido total foi duns 80 quilómetros. O Memorial Fernando Abad foi puntuable para a Copa Galicia Máster, que celebra este ano a súa primeira edición.

Ciclistas ao seu paso pola vila

Chegada do gañador á meta

Juan José Álvarez, do club Míster Louriña, encabezou o I Trofeo Ciclista Concello de Ordes, con José Ignacio Méndez, do Garaje Paco, e Abel Gómez, do Asociación Galega, en segundo e terceiro lugar. A proba, con 75 quilómetros de lonxitude, contou con categorías júnior e máster 30, 40, 50 e 60. Forma parte do III Challenge do Club Ciclista Asociación Galega de Ciclismo (CCAGC), iniciando un calendario de competicións semellantes no Pino, o pasado 15 de abril, e na Estrada, o vindeiro 6 de maio. A puntuación final dos corredores que participen nas tres citas servirá para proclamar o campión final. A competición está organizada polo CCAGC en colabora-

ción co Concello de Ordes. Diversas empresas e establecementos comerciais do municipio ofreceron tamén o seu apoio: Papelería Arume, O Chanco, Cristín Seguros, Floristería Abellá, Óptica Pilar Mariño, Carnicería Buyo, Bar Gerardo, Óptica Alain Afflelou, Cafetería Nogallás, Carnicería Enrique, Luís Relojeros, Autocares Rogelio, Mobles Jogafán e Mi Vestidor Azul. O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e as concelleiras de Educación, Susana García, e de Deportes, Ana Soneira, asistiron como público ao trofeo, con saída e meta no centro de Ordes, á altura da Alameda. Soneira encargouse de entregar os premios aos gañadores nesa xornada de cada categoría.

O primeiro trofeo municipal ordense superou os cen participantes


CRÓNICAS - Abril 2018

37

PUBLICIDADE


38

CRÓNICAS - Abril 2018

DEPORTES TAEKWONDO En categorías cadete e sub 21

Ordes, epicentro do taekwondo co campionato galego O Campionato Galego de Taekwondo en categorías cadete e sub 21 fixo de Ordes o epicentro deste deporte, ao aglutinar máis de 250 deportistas pertencentes a máis de trinta entidades procedentes de toda Galicia. Entre eles, campións e subcampións de España, así como medallistas a nivel europeo. CADETES Por categorías, en cadete masculino estes foron os primeiros e segundos: galo, Samuel Meilán e Manuel Castro, este último do BoudSport ordense; lixeiro, Iker García e Brais Martínez;medio, Sergio Troitiño e Eduario Reo; minimosca, Julián Feijóo e Carlos Jiménez; mosca, Manuel Lorenzo e Ignacio Remuiñán; pesado, Hugo Trigo e Alonso Calo; pluma, Julio Iglesias e Diego Rodríguez; semimedio, Samuel Méndez e Raúl Meixide; semipesado, Darío Fernán-

dez e Edgar Batista; e superlixeiro, Diego Álvarez e Alejandro Ligero. En cadete feminino, primeiros postos para: galo, Vanessa Boo e Carla Diéguez, esta última pertencente ao BoudSport; lixeiro, María Ferreiro e Area Bastos; medio, Ainhoa García e Fátima Martínez; minimosca, Silvia Otero e Paula Barreiro; mosca, Carme Santamaría e Elena Cubas; pesado, Nuria Cernadas e Thalia Sampedro; Lucía Montemuiño e Eneritz Iglesias; semimedio, Irene Montemuiño e Antía Sánchez; semipesado, Cloe Iglesias e Uxía Rúa, con Abril Viqueira (BoudSport) en terceiro posto; e superlixeiro, Yadira Reimúndez e Inés González, coa terceira praza para Sara Soneira (BoudSport). SUB 21 En sub 21 masculino, os primeiros postos foron para: Artai Pazos e Yerai Rodríguez, en galo; lixeiro, Iván

A competición, no pavillón Castelao I de Ordes, superou os 250 taekwondistas

Rodríguez e Brais Iglesias; medio, Daniel Corrales e Vítor Lourido; minimosca, Alberto Ramón Verea e Alejandro Paz; mosca, Diego Martínez e Javier Torrado, coa terceira praza de Rodrigo Varela (BoudSport); pesado, Jesús Manuel Veiga e Brian Franco; pluma, Sergio Iglesias e Iago Pita; semiminimosca, Ángel Remuiñán e Alberto Bautista; e superlixeiro, Adrián Pombo e Rubén Troitiño. E en sub 21 feminino: galo, Uxía Ogea e Alma María Pérez; lixeiro, Uxía Rodríguez e Catia García; medio, Bárbara Calvo; minimosca, Elena Pérez e Cristina Otero; mosca, Sara Cor-

tegoso e María González; pesado, Tania María Castiñeira e Martina Maroñas; pluma, Leticia Trigo e Sara Gacio (BoudSport); semiminimosca, Verónica González; e superlixeiro, Lorena Pardo e Laura Dosil. En canto á representación institucional, asistiron o alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e os concelleiros José Manuel Rodríguez e Ana Soneira, así como Xoán Carlos Eiriz e Esperanza Meilán, presidente e directora de Arbitraxe da Federación Galega de Taekwondo, e o xefe do servizo provincial de Deportes, Roberto García.

FÚTBOL

BÁDMINTON

Os cadetes da S.D.C. Ordes proclámanse campións de liga

Escolares do Castelao de Ordes clasifícanse para o provincial

O equipo cadete quere acadar o ascenso á primeira autonómica da categoría

Equipo de oito nenos e nenas do Castelao que competiron no interzonal

O equipo cadete da Sociedade Deportiva Club Ordes proclamouse campión de liga de fútbol da súa categoría. Tal éxito confirmouse despois de vinteunha xornadas, cando lles faltaba un partido da tempada por xogar. A primeira fase da campaña

Nenos e nenas do colexio Castelao de Ordes lograron a clasificación para o campionato provincial de bádminton coa súa participación no interzonal disputado en Boimorto. En concreto, catro dos oito integrantes do equipo deste centro

remata con resultados excelentes, pois gañaron quince encontros, empataron tres e perderon só un. Para a segunda fase da tempada márcanse como principal obxectivo acadar o ascenso á primeira división autonómica en categoría cadete.

educativo obtiveron medalla no interzonal: unha de ouro, unha de prata e dúas de bronce. A competición interzonal forma parte do programa autonómico Xogade, no que competiron escolares dos municipios de Boimorto, Melide, O Pino, Toques e Ordes.


CRÓNICAS - Abril 2018

39

OPINIÓN

Servizo ao cidadán Por Estrella Vázquez Varela Sempre que falamos dos empregados públicos, vai unido a eles o slogan de que traballan para servir o cidadán. Non dubido de que en moitos casos é así, pero noutros a realidade é ben diferente: en vez de servir, o que fan é enfrontarnos, ou ben coas propias administracións, ou ben con eles mesmos. Dende sempre os funcionarios son uns privilexiados: no horario, na seguridade do seu posto de traballo, nos días de asuntos propios que teñen ó longo do ano a maiores das vacacións, no descanso para o café (algúns funcionarios xa só se poden encontrar na cafetería), baixas a esgalla, permisos que na empresa privada moitas veces non é posible disfrutar, absentismo, etc. Unhas condicións que non teñen nin punto de comparación coas dun emprego na empresa privada. Por iso, o trato e a eficacia no seu traballo deberían ser exquisitos, cousa que, desgraciadamente, ás veces non ocorre. Sabemos que a rapidez no exercicio do seu traballo non é un mérito dos empregados públicos, aínda que, en moitos casos, os motivos son alleos a eles, posto que cada vez os requisitos esixidos para a tramitación dun determinado asunto son excesivos. Hoxe en día, calquera trámite necesita dunha cantidade inmensa de papeis e da sinatura de varios departamentos, polo que todo se alonga no tempo aínda que o asunto sexa moi sinxelo. Pero noutros casos a lentitude débese a deixadez do persoal, que é algo que non se pode consentir. Recentemente tiven una desas experiencias nefastas no xulgado da miña vila, concretamente no Rexistro Civil. Un trámite do máis sinxelo, un expediente que entra no mes de setembro e que se alonga tanto no tempo que está a día de hoxe aínda sen resol-

ver. As miñas visitas foron incontables. O persoal, sempre con escusas: que se pronto estamos no Nadal e se para todo; despois, que é o inicio do ano e somos poucos empregados; outro día pechado por folga; logo, aínda que había unha empregada, seguía de folga e todo levaba un atraso importante, que “estas tarefas non entran dentro dos servizos mínimos”, e que “xa a avisaremos cando todo estea rematado”. Iso mesmo xa mo dixeran en novembro cando fun preguntar, porque eu, xa precavida, déralle un par de meses para que todo estivera arranxado. Que inxenua! Para facer un apunte marxinal na miña partida de nacemento levo máis de 7 meses. Isto é normal? E despois están en folga porque queren aumento de soldo? Iso debe ser para seguir ríndose de todos os cidadáns que nos vemos afectados pola súa pasividade. Eu son da opinión de que todos deberían cobrar con relación o traballo desenvolvido, para ver se con iso apuraban un pouco máis nas súas tarefas. Nestes casos, quen defende o cidadán? Quen lle marca o tempo no que teñen que resolver determinados expedientes? Como, aínda por riba, se protestamos logo xa nos miran mal, o que facemos é calar, desexando que nos arranxen os nosos asuntos canto antes coa esperanza de non ter que volver por alí. Pero o tempo perdido, os desprazamentos, e a cara que che queda despois de escoitar a mesma escusas tantas veces, quen nolos compensa? Poñemos unha queixa e o único que conseguimos é que, o cabo dunhas semanas, recibamos unha atenta carta pedíndonos desculpas. Iso de que nos serve? Eu pregunto, como se lle explica a un xubilado ou a un asalariado que os

empregados de Xustiza levan máis de dous meses en folga porque queren que se lles suba o seu soldo mensual en 180 euros, e logo vemos que a un xubilado lle subiu a súa pensión 1,60 euros ó mes, ou a calquera empregado, nos nosos respectivos convenios, nos aprobaron unha subida mensual dun 1,5% ou un 2% no mellor dos casos? Isto pódelle supor a un empregado cun soldo medio, 20 ou 30 euros mensuais máis, e traballando moitas máis horas, tendo que cumprir con unha produtividade e sen as prebendas das que os empregados públicos disfrutan. Isto é coma cando chamas por teléfono a calquera organismo público e tes que sentarte con calma para conseguir, primeiro, que che collan a chamada e logo explicarlle o motivo da mesma a catro ou cinco persoas distintas (poder falar con persoas xa é unha sorte, porque a meirande parte das veces xa che resposta unha máquina) que te van derivando a varios departamentos, para que ó final che digan que pidas cita e vaias en persoa porque por teléfono non che resolveron nada. Quedas con unha sensación de impotencia… Eu ben sei que isto non se pode xeneralizar e tamén sei que hai empregados públicos que sofren cando ven a actitude de algúns compañeiros que pasan de todo e o que queren é que vaian pasando as horas porque todo o demais non importa. Entre eles debería existir unha ética profesional e darlle valor ó traballo desenvolvido porque ó fin de mes, e grazas os impostos de todos, eles cobran. O estereotipo de “empregado público igual a lacazán e pasota” moitos estano bordando, cando o lema tería que ser: “traballamos para axudar o cidadán nas súas xestións”.

As bruxas de Penelas Por Carlos Calvo Varela Para Olga e Fredi Inaugúrase con este artigo unha sección sobre fakes da historia ordense, sucesos tomados como nosos pero que na realidade se refiren a outros lugares. O etnógrafo Antón Fraguas reproduce por extenso, no seu libro La Galicia insólita, o procesamento inquisitorial dunhas mulleres ordenses de Penelas (1), acusadas de maleficios e demais actividades bruxarías, como secar o leite

dos veciños. Das tales mulleres di o texto (2) da época que eran de Ordes, e que vivían en Penelas, coincidencias abondas para localizalas na nosa terra. Unha outra referencia á localidade lusa de Ponte de Lima ponnos, porén, en prevención: as bruxas de Penelas, mesmo tendo en conta a rapidez dos voos en vasoira, só poden ter certa veciñanza con Ponte de Lima sendo parroquia de Ordes do concello limiao de Rai-

riz de Veiga, onte tamén existe o lugar de Penelas. Ficamos, pois, sen bruxas ilustres. 1.- Antón Fraguas, “Brujas y brujeríos. Meias y meigallos”, La Galicia insólita. Tradiciones gallegas, Sada, Ediciós do Castro, 1993 [1973], pp. 73 e ss. 2.- Pódese consultar o orixinal no Arquivo do Reino de Galiza, Leg. 1139, núm. 32, que é a referencia que dá Fraguas.

Os paxariños da Alameda Un chef despistado contoulle á pomba o segredo peor gardado do menú da próxima tempada. Aínda son preparativos e nin sequera hai degustacións fóra de carta, pero o que se sabe é que a novidade podería ser unha ensalada con ingredientes tan variados que precisará moito aliño para ser un prato de apariencia compacta e coherente. Van facer falta moitos ensaios para chegar a ter unha receita que sexa apetecible para os clientes e doada de montar na cociña. Parece ser que o principal problema culinario estriba nas dificultades propias de calquera preparación da cociña de aproveitamento. O reto non é só compaxinar ingredientes tan diversos, senón ver como reutilizar e reciclar algúns que probablemente xa estean pasados na súa data de caducidade. O resultado final tería que ser unha ensalada fresca, ou que para o comensal pase por tal. E non sae aínda. Así que vai haber que avaliar se algún compoñente pode resistir o paso polos fogóns ou se hai que desbotalo definitivamente porque pode ocultar o sabor doutros, desfacer coa súa cor a policromía pretendida e mesmo corromper o conxunto e estragar por completo o intento. A cociña moderna pode permitirse experimentar moito, pero o chef xa avisou de que para iso precisa tempo e a premisa é que os produtos sexan de calidade. Habela haina, pero para a alta cociña pode quedar escasa. O vento que nos move nas últimas semanas serviu para ver a capacidade das aves da contorna para mover as ás. Ningunha sorpresa: están as que saben moverse con axilidade a potencia, as que teñen axilidade pero atopan o vento a favor, as que aparentan potencia e carecen de axilidade e as que son incapaces de dar mostras nin de forza nin de pericia. Porque a gaivota estaba voando desde o primeiro momento e só a colleu de improviso algún refacho. A pita de monte soubo do temporal polos titulares pero tivo talento suficiente para reaccionar con rapidez e eficacia, mais con fallos de potencia. Outro tanto a ave mutante, que cumpre con imaxe. E o peor as aves das rochas, torpes de todo, que só reaccionan con ruído e figuración.


CRร NICAS

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Crรณnicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Tameiga. Peche de ediciรณn: 20-04-2018. Depรณsito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.