Cronicas comarcadeordes n53 maio2018

Page 1

ECONOMÍA

FRADES

Ramón García e a Xunta impulsan unha FP dual

Denuncian na Fiscalía cribas de Erimsa en Abellá Páx. 4

Páx. 15

leisynegocios@leisynegocios.com

981 10 40 10

CRÓNICAS Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 53 - Maio de 2018

A promotora dos eólicos atribúe o rexeitamento a causas políticas Crónicas entrevista a un portavoz de Green Capital Power, empresa que promove parques eólicos na co-

marca. Tras parar os de ‘Ardemil’ e ‘A Pobra’, tramita pola lei galega ‘Gasalla’ e ‘Monte Inxerio’. Xabier Monteagudo,

responsable dos proxectos da firma en Galicia, explica as iniciativas, nega os prexuízos que se lles atribúen, chama

a entenderse e pide que non se poña en risco “a xeración de riqueza na zona por motiPáx. 16-17 vos políticos”.

O Marumasat cae en Negreira

CERCEDA-ORDES

Máis accidentes no quilómetro 8 da estrada AC-409 Páx. 2

TORDOIA

Homenaxe de Obradoiro a Fraga Seoane Páx. 25

ORDES

Xa funciona a nova pista de deportes do Campo da Feira Páx. 21

DEPORTES

Cápsula espacial lanzada desde o IES Maruxa Mallo

Páx. 18

Triplo récord galego de Liste en halterofilia Páx. 28


CRÓNICAS - Maio 2018

2

ACTUALIDADE CERCEDA

A ANPA reivindica accesos máis seguros ao colexio do Cruce

O paso é compartido por peóns e bus

A asociación de nais e pais do alumnado (ANPA) do colexio do Cruce, en Cerceda, reivindica que durante o vindeiro verán se acometan obras de mellora no acceso ao centro, que consideran inseguro. Tal como detallan, a entrada a pé faise por un camiño compartido cos buses nunha beirarrúa “moi estreita” que dificulta o paso con cadeiras de rodas ou carros de bebé. Outro acceso é a través dunha porta que non sempre está aberta e ten dous escalóns. Por iso, a ANPA anunciou que insistirá na Xunta e no Concello por unha solución, para a que teñen o compromiso do alcalde, froito de encontros previos.

COMARCA Sucédense os accidentes na AC-409 no límite entre Ordes e Cerceda

O punto perigoso do quilómetro 8 O quilómetro 8 da estrada autonómica AC-409, que une Ordes e Cerceda a través de Mercurín, vai camiño de converterse nun dos puntos negros máis perigosos para a circulación na comarca. Os accidentes na zona sucédense con bastante frecuencia nos últimos meses. Un dos máis recentes, o pasado 3 de maio, saldouse cunha muller ferida tras envorcar o seu coche e quedar atravesado na calzada. E, segundo testemuñan outras persoas usuarias habituais da estrada, os sustos nese punto son constantes. A vítima dun sinistro semellante o pasado xaneiro, que ademais reside na zona e pasa por alí varias veces ao día, explica na páxina de Facebook de Crónicas que a culpa dos accidentes é a calidade do asfalto. Tal como relata, desde hai un tempo existe unha excesivamente esvaradiza na curva menos pronunciada que fai perder o control dos vehículos con moita facilidade. “Ten que morrer alguén para que se tomen medidas”, avisa. Outros lectores e lectoras sinalaron casos semellantes nos que os accidentes cesaron tras intervir no firme.

Sinistro no que envorcou un coche o pasado 3 de maio, cunha muller ferida

CERCEDA Detido na Silva un home de 55 anos que se negou a efectuar ás probas de alcoholemia da Garda Civil

Borracho, sen cinto, sen seguro, sen ITV e reincidente Reunía practicamente todas as condicións para non seguir conducindo. Un condutor, de 55 anos, residente en Cerceda e natural de Ordes, foi detido pola Garda Civil de Tráfico ao comprobar que se atopaba baixo os efectos do alcohol, sen a ITV do coche en vigor, sen seguro de accidentes e por non levar o cinto de seguridade posto. Os feitos sucederon mentres os axentes traballaban no dispositivo de seguridade dunha proba ciclista o Día das Letras Galegas. O condutor chegou a bordo do seu Audi A8 e pretendía acceder ao circuíto pechado da competición deportiva. Cando os gardas lle deron o alto, foron descubrindo todas as circunstancias. O primeiro foi constatar que o home ía borracho e sen o cinto. Trataron de facerlle as probas de alcoholemia pero negouse unha vez tras outra a someterse a elas. Despois descubriron as outras dúas infraccións administrativas: non ter a ITV en vigor e carecer do seguro obrigatorio. Despois chegaría a detención do home, posto que tamén lle consta unha requisitoria de busca, detención e personación ante o xulgado de

Momento no que o condutor foi interceptado por Tráfico na Silva (Cerceda), á altura do quilómetro 27 da estrada AC-400

Ordes por un delito relacionado previo, segundo informa a Garda Civil. ATA 6 MESES DE PRISIÓN O condutor investigado e detido pode enfrontarse a unha pena de cárcere que pode ir dos tres ata os seis meses e unha multa ou traballos en beneficio da comunidade de entre

un e tres meses. En calquera caso, tamén sería privado do permiso de conducir durante un mínimo dun ano e un máximo de catro. O detido foi posto á disposición dun xulgado da Coruña. E o Destacamento da Agrupación de Tráfico da Garda Civil da Coruña abriulle un expediente de proposta de perda das

aptitudes psicofísicas para a condución de vehículos a motor. Tras este caso, Tráfico insistiu na recomendación do 0,0 de alcohol ao volante. O máximo permitido para condutores noveis e profesionais é de 0,15 mg/l de aire espirado, mentres que para os demais o límite está en 0,25 mg/l.


CRÓNICAS - Maio 2018

3

MEDIO AMBIENTE “COMER SI, TIRAR NON” PROMOVE XESTOS SINXELOS PARA QUE A COMIDA NON ACABE NO LIXO

Nova campaña de SOGAMA para facer fronte ao desperdicio alimentario No marco do Día Internacional da Reciclaxe, que tivo lugar o pasado 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, SOGAMA, co apoio da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, lanzou a campaña “Comer si, tirar non”, a través da cal pretende axudar aos cidadáns a reducir o desperdicio alimentario nos fogares. A iniciativa, en vigor durante todo este mes, aglutina distintos soportes didácticos e divulgativos cos que se pretende informar, formar e concienciar á poboación en torno á necesidade de diminuír a cantidade de comida que cada día acaba arroxada ao cubo do lixo. Neste marco, e en sintonía coa pretensión do Parlamento Europeo de reducir nun 30% o desperdicio de alimentos no ano 2025 e nun 50% en 2030, a Sociedade Galega do Medio Ambiente edi-

país, sería o terceiro maior emisor de GEI (Gases de Efecto Invernadoiro), logo de Estados Unidos e China. España é o sétimo Estado da UE que máis comida desperdicia, con 7,7 millóns de toneladas, contribuíndo os fogares a este fenómeno cun 42%. Nestes, o 80% dos comestibles refugados tíranse ao lixo tal e como se compraron e o 20% tralo seu procesado, é dicir, son sobras. De todos os comestibles que se tiran, o 48,1% están conformados por verduras, froitas e pan fresco. RESPONSABILIDADE E MÁXIMO APROVEITAMENTO Con sinxelos xestos pódese reverter esta situación. SOGAMA aconsella elaborar un menú semanal e unha lista da compra que se supedite ao mesmo, debendo comprobarse ao mesmo tempo o estado da despensa e a neveira a fin de reordenar

ALGUNHAS MEDIDAS SINXELAS • Distinguir a data de caducidade da de consumo preferente. • Dar preferencia aos produtos locais e de tempada. • Os alimentos ‘feos’ nutren igual que os ‘guapos’. • Planificar as racións, conxelar e aproveitar as sobras en novos menús. • Doar alimentos antes de que se boten a perder. tou unha guía, en soporte dixital, que remitirá aos concellos galegos, así como aos grupos de interese (asociacións, centros educativos e colectivos sociais) para dar a coñecer un problema con graves consecuencias ambientais, económicas, sociais e mesmo morais. A campaña nútrese con seis microvídeos, unha cuña radiofónica e un xogo en liña para escolares titulado “Nesta casa non se tira nada”, a través do cal os pequenos aprenden a dar unha saída eficiente aos distintos tipos de alimentos en función das súas características, evitando que se convertan en residuos. UN TERZO DOS ALIMENTOS ACABAN DESPERDICIADOS Un terzo dos alimentos que se producen no mundo para o consumo humano (en torno a 1.300 millóns de toneladas anuais) acaban desperdiciados, unha cantidade coa que se podería nutrir a 2.000 millóns de persoas. A nivel europeo, pérdense anualmente 89 millóns de toneladas de alimentos, ou, o que é o mesmo, 179 quilos por habitante, circunstancia que provoca a emisión de 170 millóns de toneladas de CO2 e o uso de 26 millóns de toneladas de recursos. Os expertos apuntan a que, se o desperdicio alimentario fose un

os produtos para consumir primeiro aqueles con maior risco a perderse. Neste sentido, é importante distinguir entre data de caducidade (momento a partir do cal o alimento pode presentar problemas de seguridade alimentaria e risco para a saúde) e data de consumo preferente (momento a partir do cal o alimento pode perder cualidades –textura, sabor, cheiro-, pero non supón unha ameaza para a saúde).

O presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino, ante un dos paneis da campaña

Dar preferencia aos produtos locais e de tempada sempre é unha boa opción coa que, ademais, se contribúe a crear emprego local e a diminuír as emisións de CO2 derivadas do transporte. Tamén o é ter en conta que os alimentos “feos” alimentan igual que os “guapos”. Refugar os primeiros por razóns estéticas supón un dispendio inxustificado de recursos. Axustar as racións ao número de comensais constitúe un criterio que non debe esquecerse. Acabouse o tradicional dito de “máis vale que sobre a que falte”.

E, se aínda así quedan restos de comida, as alternativas son múltiples: conxelar as sobras, aproveitalas para elaborar novos menús ou repartilas entre os invitados. A solidariedade debe impoñerse en todo momento e a doazón de alimentos en bo estado constitúe unha práctica a incorporar aos nosos hábitos. E cando as citas gastronómicas teñen lugar en restaurantes, non debemos avergoñarnos ao pedir as nosas racións sobrantes, que por outra banda pagamos. Para os restos orgánicos non comestibles, a compostaxe doméstica constitúe unha boa alternativa no caso de vivendas unifamiliares que dispoñan de horta ou xardín no que aplicar o abono natural resultante, con extraordinarias propiedades fertilizantes. Todos os materiais didácticos e divulgativos desta campaña están a disposición dos cidadáns na páxina web da entidade www.sogama.gal, a través da ligazón http://www.sogama.gal/gl/campanha/ comer-si-tirar-non Neste escenario, a empresa recorda que a comida é un ben valioso que non está ao alcance de todo o mundo, sendo a nosa obriga respectala, conservala e compartila, pero nunca tirala.


CRÓNICAS - Maio 2018

4

ACTUALIDADE FRADES O SLG asegura que non contaban coas licenzas de actividade mineira

Denuncian labores de cribado de Erimsa nunha parcela de Abellá O Sindicato Labrego Galego (SLG) puxo en coñecemento da Fiscalía unha actividade mineira presuntamente ilegal acometida en Abellá (Frades) pola empresa Erimsa o pasado outono. En concreto, segundo o SLG, acometéronse labores de cribado do terreo na parcela 502 do polígono 572 desde o 27 de outubro. O 27 de novembro o sindicato puxo os feitos en coñecemento do Concello de Frades, solicitando ao goberno local que comprobase que pasaba e que actuase en consecuencia. Á vez, no mesmo día presentaron denuncia na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística (APLU) de Galicia. Segundo o SLG, o Concello non contestou e a APLU sinalou que as actividades denunciadas non precisan autorización autonómica previa á licenza municipal. Para a entidade denunciante isto é un modo de “desentenderse da posible infracción”. O “silencio” do Concello e o “absentismo” da APLU fixo que o SLG decidise acudir á Fiscalía.

Vista dos traballos en Abellá, acometidos desde o 27 de outubro, segundo o SLG

O sindicato agrogandeiro considera que Erimsa lles deu a razón implicitamente o pasado xaneiro. Tras as denuncias iniciais, a empresa solicitou en Augas de Galicia permiso para obras na parroquia de Galegos, e na mesma solicitude incluíu os labores denunciados. “O problema

-afirma o SLG- é que ese cribado de terreo xa fora realizado antes de solicitar as licenzas para facelo”. A denuncia pide que se lle requira a documentación sobre os feitos a APLU, ao Concello, á Policía Autonómica (que os presenciou), á dirección xeral de Minas da Xunta e á empresa.

A empresa recibe un premio da Federación de Áridos por boas prácticas ambientais A Federación Española de Áridos, que agrupa unhas 700 empresas españolas e internacionais, outorgoulle a Erimsa un premio na categoría de boas prácticas ambientais polo labor de extracción de cuarzo e posterior recuperación dos terreos en Frades e na comarca de Ordes, onde leva máis de trinta anos aplicando o sistema de cribado. A empresa afirma que o galardón “respalda a minería moderna e sostible característica de Erimsa, que prioriza a compatibilización do seu traballo coas actividades económicas tradicionais da zona: agrícola, gandeira e forestal”. O xurado concedeu outro primeiro premio a outro proxecto de Erimsa en Galicia. Trátase do da categoría de seguridade e saúde polas medidas aplicadas nun centro de produción en Pontevedra para erradicar a emisión de po de sílice.

COMARCA

COMARCA

A Garda Civil detén tres persoas nunha operación antidroga

O Plan Único da Deputación apoia con 5,2 millóns de euros os sete Concellos da comarca

Drogas e armas intervidas pola Garda Civil de Ordes na operación

A Garda Civil de Ordes detivo dous homes e unha muller como supostos autores do delito de pertenza a un grupo criminal dedicado ao tráfico de drogas. A operación, iniciada o pasado setembro, desenvolveuse en Arzúa, Ordes e Oroso. Neste último municipio residían dous dos detidos. No rexistro de dúas vivendas ubicadas en Oroso e nun estable-

cemento hosteleiro en Arzúa, atopáronse doses de metaanfetaminas, cocaína, hachís, marihuana, plantas de cannabis, básculas de precisión, armas, munición e un turismo de alta gama. Desactiváronse catro puntos de venda e un local de Sigüeiro foi clausurado. O xulgado mandou os detidos a prisión e a muller quedou libre pero con cargos.

O Plan Único da Deputación da Coruña para os Concellos achega 5,2 millóns de euros para os sete Concellos da comarca ordense, que destinarán sobre todo a investimentos, gasto corrente e redución de débeda. No caso de Cerceda, a achega total é duns 788.000 euros, dos que case 275.000 se destinan a gasto corrente e uns 513.000 a investimentos. Frades dispón neste plan duns 424.000 euros, que emprega principalmente en pagar gastos correntes (214.000) e en investimentos (210.000 euros). Para Mesía, a dotación do plan aproxímase aos 490.000 euros, dos que o Concello utiliza para investimentos en obras case 360.000 e para gasto corrente uns 130.000. Ordes obtén 1.258.000 euros, que van parar a investimentos na súa maior parte (1.018.000), se ben contempla tamén 75.000 eu-

ros para gastos correntes e 165.000 para a redución de débeda. En Oroso, a principal finalidade do plan son os investimentos, que acaparan uns 740.000 dos 765.000 euros que achega o plan. Os preto de 25.000 euros restantes son para a redución de débeda. Cando menos na contorna de Santiago, Oroso é xunto con Teo o único Concello que prescinde de utilizar estes fondos para gasto corrente. Tordoia supera os 783.000 euros de asignación neste plan da Deputación, dos que 211.000 son para gasto corrente, uns 330.000 para investimentos e 242.000 para redución de débedas. E Trazo emprega os seus 694.000 euros do Plan Único en gasto corrente (242.000 euros) e en investimentos (452.000). A rede viaria e as infraestruturas públicas son as principais beneficiarias dos proxectos de obras.


CRÓNICAS - Maio 2018

5

PUBLICIDADE más información en www.ceramicaverea.com

tellas Verea, as de máis durabilidade do mercado As fichas técnicas de AENOR (Asociación Española de Normalización e Certificación) garanten que as tellas Verea superan 500 ciclos de xeo-desxeo, despois de que os certificase un laboratorio independente. Deste xeito, Verea convírtese na primeira compañía española do sector en acadar este recoñecemento técnico, que certifica que son as tellas con maior durabilidade que se fabrican en España. A selección coidadosa das arxilas, a optimización do proceso de cocción (a 1.050 grados de temperatura) e os continuos controis permitiron incrementar os estándares de calidade ata obter a tella cerámica con maior durabilidade do mercado. Na actualidade, Verea é o único fabricante de tellas que ofrece 50 anos de garantía para todas as súas tellas cerámicas. As tellas Verea xa estaban clasificadas dende o ano 2009 co nivel 1 de resistencias ás xeadas, segundo a normativa europea UNE EN 539-2, que esixe superar más de 150 ciclos de xelacidade. Urbanización ‘Los Altos’, Casa de Campo, República Dominicana

Gar

tía

Ve

50 años

e

ty

re

Ver

O Verea System permite incrementar tanto a durabilidade das tellas como as prestacións do tellado, aportando maior eficiencia enerxética e redución de humidades ou condensacións nos edificios. A instalación das tellas Verea segundo os requisitos establecidos neste sistema, otorga á tella unha garantía de 50 anos ofrecida por Verea.

n

a

Verea conta co único sistema de instalación de tellados homologado en España, o Verea System, desenvolvido conforme ao Código Técnico da Edificación Español, cuxas especificacións se recollen nos Documentos de Idoneidade Técnica (nº 622/16 e nº590/12).

a

System

a

Tellados coas mellores prestacións, Verea

Warran

Instalacións de Verea en Mesía, A Coruña

Real Monasterio de Santa María del Paular, Madrid

Verea, máis de 50 anos de experiencia

55/

A 2

5/

Verea está ubicada nun complexo industrial de case 300.000 m2, distribuídos entre 3 liñas de producción con capacidade para fabricar 50 millóns de tellas ao ano, unha planta de moenda preparada para procesar máis de 200.000 toneladas ao ano e dous patios de almacenamento. A compañía, con máis de 50 anos de experiencia, emprega a 46 traballores.

52 Gestión ambiental verificada REG.NO. ES-GA-000066

CERÁMICA VEREA, S.A. Lanzá s/n, 15685 Mesía A Coruña, España Telf: 981 687 053 Email: ventas@ceramicaverea.com

desde 1967

www.ceramicaverea.com


CRÓNICAS - Maio 2018

6

ACTUALIDADE Asinan os novos estatutos da asociación de municipios da ruta

Coincidindo coa celebración do evento promocional en Betanzos, asináronse os novos estatutos da Asociación do Camiño Inglés, presidida na actualidade por Oroso, con Ordes nunha vicepresidencia e Mesía nunha vogalía. A entidade, da que forman parte os dezaoito Concellos, pretende promover e desenvolver o turismo vinculado ao fenómeno xacobeo a partir da colaboración entre as administracións. Outros propósitos son potenciar, mellorar e defender o patrimonio natural, histórico e artístico do seu territorio, elaborar programas ambientais ou apoiar a peregrinos.

COMARCA Divulgan a oferta turística, cultural e gastronómica do seu territorio

Os dezaoito Concellos promocionan o Camiño Inglés en Betanzos Primavera no Camiño Inglés é o nome da mostra promocional que os dezaoito Concellos polos que pasa este itinerario peregrino -na comarca Mesía, Ordes e Oroso- celebraron en Betanzos por segundo ano consecutivo. Cunha serie de postos na praza máis céntrica da vila divulgaron a oferta turística, cultural e gastronómica do seu territorio. O acto, auspiciado pola Deputación da Coruña, contou coa presenza do presidente provincial, Valentín González Formoso; a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro; e diversos representantes provinciais e municipais. O espazo de Mesía na feira contou cun obradoiro de oleiría do espazo das Brañas da Valga, así como representación dos principais produtos do sector primario -gandeiría e horta- do municipio. Os queixos, queiques e licores foron parte destacada do posto de Ordes, no que tamén se promocionaron espazos naturais e culturais. E de Oroso o máis significativo foi a degustación de troi-

Ordes desprazou dous concelleiros a Betanzos para a promoción do Camiño Inglés

tas preparadas no propio lugar, como promoción previa á Festa da Troita. Grupos de música tradicional dos municipios polos que discorren as dúas variantes do Camiño Inglés, a que parte desde Ferrol e a que comeza na Coruña, animaron a xor-

nada, na que se homenaxeou a Manuel Pérez Grueiro. O que foi bibliotecario en Neda durante máis de trinta anos está considerado un dos principais impulsores da recuperación do Camiño Inglés, que en 2017 rexistrou 11.300 peregrinos.

ORDES

OROSO

Formación en atención sociosanitaria a dependentes

A ampliación do centro cultural será a principal obra financiada co superávit do ano pasado

O curso, para persoas en situación de desemprego, ofreceu 468 horas de clase

Rematou en Ordes un novo curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais. Nesta acción formativa participaron quince persoas en situación de desemprego. O curso conta cunha subvención autonómica. Tivo unha duración de 468 horas e serviu para que o alumnado obtivese o certifi-

cado de profesionalidade de nivel 2, ademais de facilitarlles a realización de prácticas en empresas do sector, un dos que máis oportunidades de emprego xera nos últimos anos por mor do envellecemento da poboación. O curso foi clausurado pola concelleira de Emprego de Ordes, Susana García.

O pleno de Oroso aprobou por unanimidade as dez obras que financia cos case 645.000 euros procedentes do superávit co que rematou o exercicio de 2017. O principal proxecto é a ampliación do centro cultural Casas e Novoa de Sigüeiro, na que se empregarán uns 400.000 euros. Outros traballos serán a mellora do pavimento da rúa Otero Pedrayo no parque empresarial de Sigüeiro (uns 54.000 euros); o bombeo na rede de abastecemento de auga no lugar dos Carballos-Deixebre (uns 23.000 euros); e a ampliación da rede de abastecemento de auga nos núcleos do Cachopal e Sar (Os Ánxeles), por uns 19.000 euros. Tamén se aprobou con cargo ao superávit municipal do ano pasado a mellora da eficiencia enerxética do alumeado público na avenida de Compostela

(uns 26.000 euros); a ampliación do alumeado público nas parroquias da Gándara, Vilarromariz, Deixebre, Trasmonte e Oroso (uns 59.000 euros); e o acondicionamento do espazo da antiga escola vella de Oroso e a súa contorna (30.000 euros). Por último, está previsto adecentar parte do pavimento do parque infantil (16.000 euros); ampliarase a potencia eléctrica do CEIP Sigüeiro (case 13.000 euros), e dotarase de instalación eléctrica a pista de pádel (uns 5.000 euros). O alcalde de Oroso, explicou no pleno que o superávit é posible porque “temos unhas contas saneadas, froito dunha xestión económica responsable, e un remanente de tesourería que nos permite realizar novos investimentos tendo en conta sempre as necesidades dos nosos veviños”, explica Manuel Mirás.


CRÓNICAS - Maio 2018

7

PUBLICIDADE


CRÓNICAS - Maio 2018

8

ACTUALIDADE TORDOIA

ORDES

O Concello e a Xunta buscan colaborar máis en política social

O TSXG tamén lle dá a razón ao goberno nos nomeamentos

Encontro entre o conselleiro de Política Social e responsables do Concello

Como un xeito de “afondar na colaboración establecida entre ambas administracións”. Así definiu a Xunta a reunión entre o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, e responsables do Concello de Tordoia. Do encontro non trascendeu ningún compromiso ou investi-

mento novo concreto, aínda que a Consellería sinala que o fin é mellorar os servizos e equipamentos de atención á cidadanía. Na xuntanza avaliouse que a atención no fogar chega a trinta persoas con dependencia cun 13.728 horas anuais, e tamén o funcionamento do punto de atención á infancia.

Novo pronunciamento xudicial sobre o conflicto pola designación de representantes do Concello de Ordes en consellos escolares e na Asociación para o Desenvolvemento Comarcal de Ordes (ASDECOMOR). Esta vez é o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) o que lle dá a razón ao goberno local. A sentenza, datada o 2 de maio, desestima un recurso presentado polo concelleiro José Luis Gómez Candal (elixido por UxO e agora non adscrito) contra outra do pasado mes de setembro do xulgado contencioso-administrativo. O TSXG considera que as decisións da Alcaldía non vulneraron o dereito fundamental do concelleiro a participar nos asuntos públicos en exercicio do seu cargo. O conflicto orixinouse cando o goberno do PP quedou en minoría no pleno ao abandonalo os edís Luis Caamaño e Beatriz Martínez. A nova situación permitiu que fosen designados concelleiros da

oposición para entidades como os consellos escolares. Sen embargo, o alcalde considerou nulo o acordo plenario ao considerar que os nomeamentos son competencia da Alcaldía e non do pleno, botando man de diversos informes xurídicos. José Luis Martínez Sanjurjo designou para os postos á concelleira Susana García, apelada por Gómez Candal por vía xudicial xunto co Concello. A sentenza do TSXG presenta fundamentos diferentes á previa do contencioso-administrativo. En todo caso, chega á conclusión de que as decisións do alcalde de non nomear a Gómez Candal ou de anular o seu nomeamento “non perturban o núcleo esencial da súa función representativa como concelleiro”, ao non supoñer unha “restrición inaxeitada” a tarefas básicas que lle corresponden como edil, como serían efectuar preguntas en pleno, acceder a datos e documentación do Concello ou non participar en comisións.

ORDES

COMARCA

Critican o agotamento do fondo de reserva para as pensións

Seguen aparecendo vertidos de lixo en pistas forestais

Na charla interviron parlamentarios, o concelleiro ordense e un experto da UXT

Unha charla do PSOE en Ordes abordou o futuro das pensións, poñendo o acento en que o goberno de Mariano Rajoy (PP) “fundiu o Fondo de Reserva” das pensións nos últimos anos. Lembraron que o goberno de Rodríguez Zapatero (PSOE) deixara 66.000 millóns de euros nese fondo, dos que agora quedan menos de 8.000.

Ademais, os representantes socialistas acusaron ao PP de practicar recortes de maneira continua aos pensionistas co único propósito da “rendibilidade económica, non a social”. A de Ordes foi a primeira dun ciclo de charlas sobre esta temática que o PSOE provincial coruñés levará a diversos municipios.

Vertido de residuos nunha pista forestal da zona do Bidueiro (Ordes)

Semella haber persoas que aínda non se enteraron para que serven os colectores do lixo ou os puntos limpos. Ou quizais descoñezan incluso que existen e que os poden utilizar. É unha das explicacións máis rápidas, e seguramente tamén a máis incerta, á continua aparición

de vertidos de lixo en pistas forestais, cunetas e mesmo en fincas particulares en diversos puntos da contorna. Un casos recente, documentado en imaxes por un lector de Crónicas, rexistrouse nunha pista da zona do Bidueiro. O Concello preparou a súa retirada.


CRÓNICAS - Maio 2018

9

PUBLICIDADE

La elección de la primera escuela de vuestro hijo es muy importante. Os invitamos, sin compromiso, a que conozcáis nuestra escuela y nuestro proyecto educativo para niños de 0 a 3 años. Contactad con nosotros para concertar una visita.

n

iació l i c n o c s de

to

en campam

cuidado en el hogar

ocio y de

coración

en event

Todas las soluciones para el ocio y de tu hij@, en

Ordes: 981 697 844 bienestar Oroso: 881 981 905 ordes@escuelacontalento.es oroso@escuelacontalento.es

os


CRÓNICAS - Maio 2018

10

ACTUALIDADE ORDES

ORDES Elevación de pasos de peóns, asfaltado e repintado da sinalización

Fomento descarta de momento un semáforo no paso de peóns no inicio de Alfonso Senra

Invisten 23.500 euros en mellorar o enlace de Mediodía coa N-550

O Ministerio de Fomento descarta de momento a instalación dun semáforo no paso de peóns situado ao inicio da Avenida de Alfonso Senra en Ordes. En resposta a unha petición do PSOE, sinala que o paso cumpre coa normativa técnica actual de estradas e non presenta unha problemática de seguridade á vista dos datos de que dispón o ministerio sobre accidentes. De todas as maneiras, o Goberno estatal considera que si é posible un reforzo da seguridade da zona, sempre que o solicite unha Administración con competencias na regulación do tráfico, mediante unha petición “adecuada, necesaria e coherente” co contexto do tráfico na zona. Por iso, o PSOE pide que o Concello elabore un informe coas medidas precisas para reducir a velocidade na zona, que xa está limitada a 50 km/h pero que case ninguén cumpre, ben reducindo máis aínda ou cun novo semáforo.

As obras de reparación e mellora no enlace da Rúa Mediodía coa N-550, en Ordes, supuxeron para o Concello un investimento duns 23.500 euros. Os traballos favoreceron a seguridade para o tráfico rodado e a pé na zona. Unha das intervencións máis destacadas foi a reparación do pavimento con aglomerado en quente despois de fresar o anterior. Tamén se repararon 26 metros cadrados de beirarrúas, mantendo unhas características moi similares ás da zona. Resulta ademais moi significativa a elevación de pasos de peóns sobre o aglomerado, un deles na rúa González Faya. Desta maneira, os pasos non teñen practicamente desnivel con respecto ás beirarrúas, o que facilita que os atravesen persoas con dificultades de mobilidade, ademais de obrigar a que os vehículos reduzan a velocidade. O proxecto implicou construír tres arquetas para levar a auga aos sumidoiros e adaptar outras doce xa existentes á nova rasante para que

O tramo de Mediodía próximo á N-550 renovou o firme e a sinalización horizontal

non perdan a súa eficacia e faciliten a evacuación da chuvia. Os traballos de repintado da sinalización horizontal foron o último

paso das obras, que se desenvolveron durante unha semana e implicaron nese tempo algunhas restriccións para o tráfico.

ORDES

ORDES

Accidente sen feridos nunha saída de vía na rúa da Canteira

Demandan a reparación do ximnasio do colexio Castelao

O edificio do ximnasio presenta diversos desperfectos na súa estrutura

O coche invadiu a beirarrúa e levou por diante o portal de acceso a un baixo

Un coche botouse fóra na Rúa da Canteira de Ordes, invadindo a beirarrúa e destrozando o portal de acceso a un baixo e parte da súa parede de fachada, á altura do número 20 da rúa.

O accidente, acaecido o 27 de abril, só causou eses danos materiais. Por fortuna, non alcanzou a ningún transeúnte. O vehículo, conducido por un home maior, foi retirado polo guindastre.

O pleno municipal de Ordes aprobou unha moción presentada polo PSdeG-PSOE para instar á Xunta de Galicia a reparar o ximnasio do colexio Castelao. Segundo o concelleiro Alejandro Manteiga, o edificio presenta “unha grave deterioración na súa estrutura” que aconsella a intervención inmediata

da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. O goberno local de Ordes expuxo que o propio Concello xa interviu no ximnasio coa reparación de desperfectos no tellado e na pista, ademais de instalar unha cuberta de entrada e un sistema de ventilación contra a condensación.


CRÓNICAS - Maio 2018

11

PUBLICIDADE


CRÓNICAS - Maio 2018

12

ACTUALIDADE ORDES

Cruz Vermella oferta o día 2 un curso sobre xestión de alérxenos e intolerancias alimentarias A Cruz Vermella de Ordes programa un curso sobre xestión de alérxenos e intolerancias alimentarias para o vindeiro 2 de xuño. Será de cinco horas de duración, de 9:00 a 14:00, e o seu custo é de 30 euros. A formación que ofrece é de obrigado cumprimento para profesionais de establecementos de restauración, hostelería e alimentación. Entre os contidos do curso, cabe destacar a lexislación aplicable e a normativa de obrigado cumprimento na temática da actividade. Por suposto, tamén se detallarán os conceptos básicos sobre alerxias e intolerancias alimenticias, os tipos de alérxenos contemplados na normativa, as nocións máis esenciais sobre a nutrición e a alimentación. Do mesmo xeito, o curso programado pola Cruz Vermella explicaralles ás persoas participantes a elaboración de plans de prevención de riscos en alerxias e intolerancias alimentarias, e mesmo técnicas de primeiros auxilios ante situacións de intoxicación alimentaria.

MESÍA

ORDES

Vinte persoas no Plan Integral de Cualificación e Emprego

Unha das primeiras sesións do plan, que se desenvolve na Casa da Cultura

Máis de vinte persoas participan en Ordes no Plan Integral de Cualificación e Emprego (PICE), dirixido a persoas de ata trinta anos de idade inscritas no ficheiro de garantía xuvenil e en situación de desemprego. Esta iniciativa é gratuíta para as persoas que participan. Desenvólvena en conxunto a Cámara de

Comercio da Coruña e o Concello de Ordes. A formación que ofrece pretende incrementar as oportunidades laborais, axudando a preparar entrevistas de traballo e procesos de selección. Ademais de formación troncal, contémplanse cursos específicos nos sectores de pequeno comercio e de hostelería e turismo.

A Casa Grande de Xanceda volve poñer en marcha o bus do emprendemento rural A Casa Grande de Xanceda, granxa ecolóxica situada en Mesía, acaba de levar o seu Bus do Emprendemento á empresa ‘Galo Celta’, como exemplo das posibilidades de activar novos negocios no rural en Galicia. A participación nesta actividade, que forma parte das iniciativas de responsabilidade social de Casa Grande, foi de balde. O vehículo, con 25 prazas, programou a saída desde A Coruña e efectuou parada en Santiago. Permitiu coñecer os detalles de proxectos emprendedores novidosos que contribúen a dinamizar o ámbito rural e a mitigar o seu despoboamento. A participación estivo aberta a persoas que contemplan o emprendemento como opción de futuro, que están sopesando esta vía “ou simplemente que buscan inspiración”, tal como explican desde a granxa. O Bus forma parte do programa ‘Cultiva Mazás, ti podes ser o Steve Jobs do rural’, que incentiva o emprendemento para intentar reactivar as zonas do rural.


CRÓNICAS - Maio 2018

13

PUBLICIDADE

ENTREVISTA Situado no número 2 da Rúa da Fonte

A punto de abrir en Ordes Traskilados, servizo de perruquería canina e tenda para mascotas - Cando e onde vai abrir Traskilados? - Traskilados ten previsto abrir as súas portas a principios do vindeiro mes de xuño, estamos apurando o que podemos todos os preparativos para abrir canto antes. O local está situado no número 2 da Rúa da Fonte. Para que a xente se sitúe, está ao lado da zapatería de Javier Alfonso e fronte ao Bar Orellas, polo que dispón dunha boa zona de aparcadoiro cercana. - Que servizos para as mascotas poderemos atopar en Traskilados? - Os servizos que se poderán atopar en Traskilados son os servizos comúns que se poden atopar nas perruquerías caninas, como poden ser corte de unllas, baleirado de glándulas, limpeza dos canais auditivos,

corte a máquina, corte con tesoira... E tamén nos poden consultar a dispoñibilidade do servizo de recollida e entrega no domicilo no caso de non poder achegarse persoalmente. - Que tipo de mascotas atenderán en Traskilados? - Os nosos servizos son para cans e gatos. No caso dos gatos sempre que non sexa necesario adormentalos para aplicarlles o servizo de perruquería. Sempre nos poden consultar sen compromiso. - Que importancia teñen este tipo de coidados para os animais? - Os coidados e a hixiene das nosas mascotas xogan un papel moi impontante para a proteción de enfermidades e a saúde do noso compañeir@.

Tanto se teñen pelo curto como pelo longo é importante secalos ben para que nos pregues e arrugas non quede humidade. E convinte arreglarlles o pelo a miúdo. Non só no verán para poñelos frescos, senón que ao igual que os humanos é recomendable ter un pelo saneado. Non só por razóns estéticas senón tamén para preservar a saúde das nosas mascotas. Tamén é importable o aseo diario como pode ser cepillado para sacar o pelo morto. Esta tarefa é ademais unha axuda para a limpeza no fogar xa que ese pelo que sacamos ao cepillar non nos quedará pola casa. - Ademais deses servizos, que

produtos van ter á venda? - Contaremos tamén con tenda con produtos para os nos@s amig@s, na que se poderán atopar xoguetes, peines, collares, chuches.. Pasade a visitarnos e a ver todos os xoguetiños que temos para eles. - Vai incorporar o establecemento algunha novidade máis adiante? - Comezamos con estes servizos e a medio prazo gustaríanos seguir ampliando e poder ofrecer cousas novas, non quedarse estancados e poder ofrecerlles aos nosos clientes máis e mellores servizos. - Teléfono e dirección: 628 302 463 Rúa da Fonte, 2. Ordes.


14

CRÓNICAS - Maio 2018

ECONOMÍA E TRABALLO ORDES Expo Ordes acentúa a súa condición de escaparate do tecido comercial e industrial da comarca

“Non fai falta saír de Ordes para mercar de todo”

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, na inauguración da mostra multisectorial ordense (esquerda), á que acudiron milleiros de persoas

“Todas as persoas visitantes poderán certificar en primeira persoa que ningúen precisa desprazarse a unha cidade ou a un centro comercial para atender as súas necesidades comerciais ou de organización de eventos como vodas, primeiras comuñóns, xornadas profesionais ou calquera outra actividade deste tipo”. Así definiu o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, o sentido de Expo Ordes, a feira

multisectorial que durante a derradeira fin de semana de abril atraeu milleiros de persoas á vila. Con máis dun centenar de expositores de todo tipo de ámbitos de negocio e institucións públicas e sociais, Expo Ordes tivo como espazo destacado o III Salón de Moda&Eventos da Asociación de Comerciantes de Ordes (ACORDES) e como cita complementaria a feira de artesanía con

trinta postos na Alameda. No aspecto gastronómico, o sector hosteleiro do municipio volveu colleitar o éxito coa Festa do Champiñón, o xermolo da mostra que o vindeiro ano cumpre tres décadas. Como en anos anteriores, as súas primeiras horas, na tarde do venres, dedicáronse a empresarios e autónomos locais. O protagonista da inauguración foi o conselleiro de Econo-

LEITE Para incorporación de persoas novas e para plans de mellora

As axudas públicas a explotacións na comarca consumen 2,7 millóns Dúas das principais liñas de axuda da Xunta a explotacións gandeiras supuxeron o gasto de máis de 2,7 millóns de euros na comarca de Ordes, segundo datos do goberno autonómico. Sumados ás achegas das granxas, supoñen un investimento total de 5,3 millóns de euros en iniciativas vinculadas á incorporación de persoas novas e a plans de mellora. Ordes é a comarca que maior volume de recursos mobilizou nas dúas iniciativas na provincia, seguida a bastante distancia polas de Xallas, Betanzos ou Melide. En concreto, para a incorporación de xente nova as 24 axudas autonómicas concedidas na zona ordense (112 en toda A Coruña) sumaron 258.000 euros, cun investimento total de 740.000 euros contando as achegas dos beneficiarios. E para os plans de mellora, tramitáronse 37 expedientes na comarca (182 na provincia), cunha contrubución pública de case 2.475.000 euros para un investimento total de case 4.593.000 euros.

de terreos, e merca ou desenvolvemento de programas informáticos.

A mellora de infraestruturas é un dos principais gastos subvencionados

Os gastos subvencionables máis destacados nas convocatorias son a compra de maquinaria nova, a elaboración de proxectos técnicos de contrución ou reforma de explotacións, permisos, licenzas, plantacións ou melloras de cultivos, adquisición

PRÓRROGA DO ZUDRE Por outra parte, continúa a preocupación no sector gandeiro sobre a normativa de aplicación de zudre nos terreos. Neste momento está aprobada unha prórroga durante 2018, pero existe incertidume sobre que pasará despois. A este respecto, tras unha reunión na Consellería o Sindicato Labrego Galego afirmou que a directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, lles indicara que a prórroga “ten carácter indefinido, polo que aconsella non efectuar investimentos en maquinaria para enterrar o zudre, como establece a nova norma europea. Segundo o SLG, Do Campo explicou que os estudos que manexa a Xunta descartan que en Galicia haxa problemas salientables de emisións de amoníaco, que son as que trata de evitar a nova norma e son máis propias das explotacións de porcino.

mía, Emprego e Industria, Francisco Conde. O sábado centrouse en fortalecer a interrelación entre os municipios da Mancomunidade de Ordes. E o domingo, a xornada de maior afluencia de público, destacou pola gastronomía e o carácter festivo. Destacar que a AECC agradeceu o labor de voluntariado e doadores en Expo Ordes, que lle permitiu recadar case 2.532 euros para investigación.

PREZOS DO LEITE

MARZO/FEBREIRO (€/litro) Galicia Andalucía Aragón Asturias Baleares Canarias Cantabria Castela-A Mancha Castela e León Cataluña Extremadura Madrid Murcia Navarra Euskadi A Rioxa Valencia ESPAÑA

0,314 0,333 0,312 0,348 0,315 0,451 0,327 0,336 0,332 0,317 0,323 0,331 0,307 0,326 0,343 0,334 0,339 0,324

0,316 0,337 0,315 0,350 0,306 0,451 0,332 0,343 0,333 0,340 0,325 0,340 0,324 0,329 0,348 0,337 0,341 0,329

MEDIAS ESPAÑA MARZO 2014 0,391 2015 0,323 2016 0,303 2017 0,314 2018 0,324

PRODUCIÓN MARZO 2017

2018

Galicia 230.594 tn 235.507 tn España 617.435 tn 627.322 tn Fonte: FEGA (04-05-2018)


CRÓNICAS - Maio 2018

15

ECONOMÍA E TRABALLO MESÍA A empresa formará un mínimo de dezaseis estudantes con bolsas económicas durante as prácticas

Carpintería Ramón García e a Xunta colaboran na creación dunha formación profesional dual A empresa Carpintería Ramón García, creada en Mesía e con instalacións en Ordes, e a Consellería de Educación colaboran na creación dun proxecto de Formación Profesional Dual, co que os estudantes alternarán a formación teórica no centro Politécnico de Santiago con formación práctica na compañía. O acordo foi asinado polo conselleiro, Román Rodríguez, e o conselleiro delegado da empresa, Manuel García Gómez. A iniciativa comezará xa no vindeiro curso 2018-2019 do ciclo medio de Carpintaría e Moble e prolongarase en 2019-2020. A mecánica desta FP ofrece formación teórica nos dous primeiros trimestres de cada un dos cursos. A estadía na empresa ten lugar ao longo de parte do segundo e terceiro trimestres. Está previsto que participen neste sistema un mínimo de dezaseis alumnos e alumnas, que serán seleccionados de forma conxunta entre o centro académico e a empresa mediante entrevistas psicoprofesionais e probas de coñecementos. Carpintería Ramón García, espe-

O acordo entre a Consellería de Educación e a empresa carpinteira asinouse no CIFP Politécnico de Santiago

cializada no ámbito do contract, financia o proxecto mediante un sistema de bolsas, que terán un importe mínimo de 600 euros ao mes durante os meses nos que a actividade forma-

tiva e profesionalizadora se realice integramente nas instalacións da empresa. O alumnado será incorporado ao réxime xeral da Seguridade Social e contará cun mínimo de trinta días

COMARCA Menos impostos para firmas novas ou existentes que creen emprego

Os Concellos reciben as acreditacións para as rebaixas fiscais a empresas Varios Concellos da comarca, entre eles os de Cerceda, Frades, Ordes e Oroso, recibiron as acreditacións que certifican a súa adscrición á rede de municipios bautizada como ‘Doing Business Galicia’, que podería traducirse como ‘Facendo Negocios Galicia’.

Esta acción consiste en rebaixar impostos locais para empresas que se asenten no municipio creando emprego ou para firmas que xa estean implantadas e que amplíen o seu negocio xerando novos postos de traballo. En función do número de empre-

gos xerados, os descontos fiscais poden acadar o 95% en tributos como o Imposto de Bens Inmobles (IBI), o Imposto de Actividades Económicas (IAE) ou o Imposto de Construcións, Instalacións e Obras (ICIO). As bonificacións poden outorgarse por un prazo máximo de tres anos.

naturais de vacacións por curso. A Xunta agradeceu a confianza da empresa e destacou o beneficio que supón que os alumnos se formen nun contexto de traballo real. Durante os últimos meses, despois de aprobar a súa adhesión a esta iniciativa, os Concellos foron modificando as ordenanzas fiscais correspondentes para validar as rebaixas previstas na iniciativa, impulsada pola Xunta e a Federación Galega de Municipios e Provincias. A rede pretende facer máis competitivos os solos industriais galegos fronte á puxanza doutros territorios como Portugal, que demostrou maior capacidade para atraer investimentos de empresas. Non obstante, a redución fiscal tamén pode beneficiar a empresas que non estean radicadas en polígonos industriais.


CRÓNICAS - Maio 2018

16

ACTUALIDADE

ENTREVISTA Xabier Monteagudo Neira, responsable dos proxectos de parques eólicos da empresa Green Capital Power en G

“É unha pena que se poña en risco a creació xeración de riqueza nunha zona por motivo - Por que motivos Green Capital paralizou os proxectos de parques eólicos ‘Ardemil’ e ‘A Pobra’, que se situarían sobre todo nos municipios de Ordes e de Mesía? - A tramitación dos parques eólicos pódese levar a cabo por dúas vías diferentes segundo a potencia de cada proxecto. Os de potencia superior a 50 MW tramítanse a través do Ministerio de Medio Ambiente e os de potencia de 50 MW ou menos tramítanse a través da Consellería de Industria. Como a lexislación autonómica non permitía tramitar proxectos, a empresa considerou tramitalos ao abeiro da lei estatal, é dicir de máis de 50 MW, como os de Ardemil e A Pobra. O pasado mes de outubro o Parlamento de Galicia aprobou a Lei 5/2017, 19 outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, que modifica a Lei eólica de Galicia, o que permitiu presentar proxectos de menos de 50 MW. Este foi o principal motivo da renuncia aos parques eólicos de Ardemil e A Pobra. - E non influíu o rexeitamento institucional e social das últimas semanas? - Evidentemente estes motivos aceleraron os tempos. - Esperaban unha reacción contraria tan ampla? - A verdade é que non, aínda que xa tiñamos en mente renunciar a eses proxectos polo xa sinalado e porque debían ser optimizados tecnicamente. - Sucedeulles noutros lugares nos que desenvolven os seus proxectos? - Dende que eu estou na empresa non teño coñecemento. Aínda que hai que recoñecer que este tipo de proxectos non deixan indiferente a ninguén. É difícil explicar que estes proxectos, á parte de beneficiar á empresa promotora, como é evidente, tamén contribúen ao desenvolvemento xeral da zona onde se implantan. Isto pódese contrastar naquelas zonas onde xa existen parques eólicos en funcionamento dende hai tempo. - Temen ter que cargar co papel de ‘malos’ da película? - Non creo que sexa un tema de bos e malos senón de partes que defenden os seus intereses lexítimos e que se teñen que poñer de acordo e convivir. Con todo, notamos que nalgúns lugares téntase crear polémica respecto deste tipo de desenvolvementos, cun obxectivo evidentemente político. É unha pena que se poña en risco a creación de valor e xeración de riqueza

nunha zona por estes motivos. - E non cometeu a empresa ningún erro cos proxectos? Cómpre lembrar que unha das principais queixas de Concellos, partidos políticos e entidades veciñais ao coñecer as iniciativas agora en suspenso é que boa parte dos aeroxeradores se situarían a unha distancia moi reducida con respecto a vivendas e núcleos habitados... - A lexislación impón unhas distancias mínimas e unhas restricións que os proxectos deben cumprir. Os proxectos pasan por varias fases de tramitación, é habitual realizar cambios nas posicións das máquinas por diversos motivos. Neste caso, posiblemente instalamos aeroxeradores demasiado preto dalgunhas edificacións por motivos puramente técnicos, pero en ningún caso a intención da empresa foi incumprir a normativa, é ilóxico facelo. - Como vai ser o proceso de redefinición dos proxectos para tramitalos segundo a lei autonómica? - Os proxectos que pretendemos tramitar cumprirán escrupulosamente a lexislación en vigor. Ademais, imos reducir o número de aeroxeradores de cada proxecto. Ademais disto, todo o mundo debe coñecer ben o proceso de tramitación: abrirase un período de alegacións pú- Monteagudo é de Muros, un dos lugares onde primeiro se instalaron aeroxeradores blicas no que calquera pode comunicar en Galicia, e explica que boa parte da súa xeración traballa no ámbito eólico a súa opinión ou alegación respecto do proxecto. A empresa, como sempre fai, lico, está en vigor dende hai máis de 15 - Todo depende da tramitación adresponderá a todas e cada unha desas anos, non é algo novo que se lle ocorre ministrativa na que interveñen moitos alegacións e teraas moi en conta. Non á empresa. organismos e administracións. Creo requeremos que ninguén quede a con- E en Mesía, haberá tamén un cordar que o prazo estimado pola Lei tragusto co proxecto. proxecto similar ao da Pobra? son uns 36 meses para a tramitación - Cada un dos proxectos en sus- Se con similar te refires a no ordinaria. penso terá outro análogo nos novos mesmo ámbito, estamos estudando Algúns dos proxectos tramitaranse que presenten? proxectos en distintos sitios sempre por un procedemento extraordinario - Tentaremos tramitar outros cumprindo coa normativa e nas zonas previsto pola Xunta co obxectivo de proxectos de menor potencia que permitidas. Pero pódeo tramitar tanto cumprir coa UE co 20% de enerxía recumpran coas esta empresa novable no 2020. distancias que como outra cal- Canto emprego xerarán os seus “Tentaremos tramitar outros quera. sinala a lexislaproxectos na zona? ción nos ámbi- proxectos de menor potencia - Concreta- Concretamente non che podo dar tos que sinala a ron xa canta un número. Só dicir que eu son de Muque cumpran as distancias normativa. potencia te- ros, que foi unha das primeiras zonas que sinala a lexislación” - Entón, o de rán os novos nas que se empezaron a implantar os Monte Inxerio proxectos? parques eólicos en Galicia –hai xa máis pódese entender como unha ‘sustitu- Entre 20 e 35 MW, máis ou menos. de vinte anos- e, da miña xeración, a ción’ do de Ardemil ou haberá algún - Contemplan variar moito as ubi- día de hoxe, unha gran parte traballaoutro proxecto en Ordes? cacións dos aparatos ou os cambios mos, dalgún xeito, en algo relacionado - Estamos estudando outros proxec- centraranse máis na reducción de nú- cos parques eólicos, dende a construtos nas Áreas de Desenvolvemento Eó- mero de aeroxeradores e potencia? ción ao mantemento, a promoción, as lico que sinala Plan Sectorial Eólico de - Terán que situarse cumprindo fabricas de compoñentes... Galicia, algunha das cales se ubican coas distancias e as restricións que im- Que volume de investimento ponos Concellos da contorna. pón a normativa e como dixen teranse den supoñer os futuros proxectos? É necesario chamar a atención que en conta as alegacións presentadas. - O investimento financeiro dos paro Plan Sectorial Eólico de Galicia, que - Teñen algún prazo para ter en ques eólicos ronda o millón de euros define as Áreas de Desenvolmento Eó- marcha estes parques eólicos? por MW, ademais os correspondentes


Galicia

CRÓNICAS - Maio 2018

17

ACTUALIDADE tacións agrarias e onde se instalaron moitos muíños. Poor exemplo, dicíase que as vacas non darían leite, que quedarían estériles... ao final as vacas non deixaron de dar leite nin deixaron de ter xatos nin pasou absolutamente nada das desgrazas que se dicía que pasarían. Eu creo que iso é como unha lenda urbana que para nada é certa. Temos que ter en conta que xa hai máis impostos municipais e autonómicos e de vinte anos que se instalan muíños o aluguer dos terreos. eólicos no noso país e, que eu saiba, - Que outros beneficios suporían non se coñece prexuízo ningún para os seus proxectos para a comarca? a saúde, tanto humana como animal. - Á parte dos ambientais en xeral, Isto non quere dicir que sexan inocuos os beneficios económicos e laborais ao 100%, pero como calquera outra acque xa dixen. Evidentemente non van tividade humana. rematar coa fame no mundo, pero sen - Como será a súa relación coas dúbida serán unha axuda. persoas propietarias dos terreos afecEstimativamente poderíamos sina- tados polos parques? lar que os Concellos afectados polos - Espero que excelente, pola nosa proxectos ingresarán polo imposto de parte non vai faltar predisposición, diaconstruccións e obras uns 1,2 millóns logo e comprensión. Pola súa banda, de euros, e polos IBIs corresponden- gustaríanos recibir confianza e colates uns 350.000 euros ao ano. De todo boración. Sabemos que hai outras emisto beneficiaranse todos os veciños da presas que falan e prometen condizona, non debemos esquecelo. Ade- cións que logo son irrealizables, e por mais, os propietarios dos terreos afec- iso probablemente exista unha destados directamente poderán ingresar confianza xeralizada. Nós somos unha uns 150.000 euros ao ano polo alu- empresa seria que coñece o negocio gueiro dos terreos. desde hai uns vinte anos. Debo facer fincapé que hoxe en - Que sistema adoitan seguir para día non existen as primas á xeración ocupar os terreos? de enerxía eléctrica a través da tecno- Aluguer (dereitos de superficie). loxía eólica e as - Teñen alzonas con megunha pre“Hai máis de vinte anos que llor recurso xa visión neste se instalan muíños eólicos no están ocupasentido na conoso país e non se coñece das, polo que marca? o rendemento prexuízo ningún para a saúde” - Pois teneconómico dos tar chegar a proxectos xa non é o de hai uns anos. acordos con todas as persoas afectaEn cambio, temos que facer fronte a das. fortes cargas fiscais como o canon eó- Existe algún tipo de compensalico ou o imposto do 7% que grava os ción económica ou doutro tipo para ingresos da xeración de electricidade, as zonas situadas no ámbito dun parque deben ser tidos en conta á hora de que? falar dos beneficios dos proxectos eó- O canon anual que se lle aboa aos licos. propietarios dos terreos (particulares - Algúns cidadáns comentan a este ou comunidades de montes) e os imperiódico que non entenden por que postos municipais e autonómicos conon optan por determinadas zonas de rrespondentes e sempre pode exismonte, elevadas (en teoría propensas tir algún tipo de colaboración puntual ao vento) e alonxadas de zonas po- con distintos organismos, como calboadas, para implantar a súa activi- quera outra actividade económica ou dade. Teñen algunha limitación neste industrial. sentido? - Outro asunto moi comentado é - É obvio que os proxectos plan- a propiedade e o accionariado da emtéxanse en ubicacións onde hai vento presa. Pode describírnolo? senón... E os parques débense ubicar - As empresas vehículo que traminas Áreas de Desenvolvemento Eólico tan os nosos parques en Galicia, como do Plan sectorial Eólico de Galicia. Ta- Monte Inxeiro ou Gasalla, son 100% mén hai moitas outras restricións téc- galegas, teñen sede na Coruña e pagan nicas, ambientais, de aeroportos, de si- aquí os seus impostos. nais de telecomunicacións... O grupo matriz é unha sociedade - Nesas ubicacións entrarían ‘en holding internacional española, con conflicto’ con proxectos previstos por proxectos en toda España, Portugal, outras empresas? América... o capital é 100% privado. - Esperemos que non. A empresa pretende implantarse - Cre que se esaxera ao falar de su- en Galicia de maneira harmoniosa e postos prexuízos ambientais e incluso respectuosa con todas as persoas e orpara a saúde dos aeroxeradores? ganismos afectados polos seus proxec- Sen ningunha dúbida. Como xa di- tos, tentando chegar aos acordos que xen eu son de Muros, ao lado de Ma- sexan necesarios para que todas as zaricos, onde hai infinidade de explo- partes saian beneficiadas.

ón de valor e os políticos”

COMARCA

Frades, Mesía, Ordes e Oroso pídenlle á Xunta que non permita ningún parque eólico nos seus termos municipais Aínda que desistiu na tramitación dos proxectos Ardemil e A Pobra, a empresa Green Capital Power promove tamén os parques de Monte Inxerio, en Mercurín (Ordes) e de Gasalla, entre Xanceda (Mesía) e Abellá (Frades). Estes dous tramítanse pola vía autonómica. As iniciativas xeran controversia e motivaron unha inédita “repulsa” por parte dos Concellos de Frades, Mesía, Ordes e Oroso. Nunha declaración institucional na que non participan Cerceda, Tordoia e Trazo, os outros catro Concellos da comarca ordense posiciónanse en contra de calquera parque eólico nos seus territorios, sexa cal sexa a súa ubicación. Os catro gobernos locais, en mans do PSdeG-PSOE (Mesía e Oroso) e do PP (Frades e Ordes), afirman que os eólicos prexudicarían propiedades veciñais, paisaxe e fauna. Tamén cren que os proxectos serían contrarios “ás normas técnicas de planeamento urbanístico e a lexislación vixentes”. A declaración mesmo chega a afirmar que a instalación de aeroxeradores danaría a saúde da poboación da zona. Ven “inadmisible e inaceptable” a proximidade a núcleos rurais diseminados ou a vivendas illadas e aseguran que “o chamado efecto sombra, a reflexión solar ou o ruído, capaz de afectar tanto ao oído humano como ao seu sistema nervioso, resultarán nocivos para a saúde de veciñas e veciños”. FÓRA DO PLAN GALEGO O comunicado insta á Consellería de Economía, Emprego e Industria a declarar Frades, Mesía, Ordes e Oroso como territorios libres de parques eólicos. Parécelles que debería ser mediante unha reforma do Plan Eólico de Galicia, eliminando a franxa que abrangue os catro municipios dentro do plan autonómico. Para eles, debe prevalecer a condición de “territorio maiormente marcado polo seu óptimo aproveitamento rural, agrícola, gandeiro e forestal”, de xeito que non sería “axeitado tanto para a instalación de parques eólicos

Os catro Concellos néganse a admitir muíños eólicos en ningún lugar

como para as infraestruturas paralelas que levan aparelladas”. Outra razón que expoñen para rexeitar estes proxectos de enerxía limpa e renovable é que a comarca inclúe espazos con protección especial, como zonas do Lugar de Interese Comunitario (LIC) Río Tambre, territorios de Rede Natura e da Reserva da Biosfera “Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo”, así como o trazado do Camiño Inglés, de especial valor patrimonial, cultural e económico. RECOLLEN SINATURAS Por outra parte, o colectivo autodenominado ‘Non eólicos en Ordes’ recolleu máis de 1.500 sinaturas en establecementos públicos e porta a porta contra a instalación dos parques. Piden que se teñan en conta os que consideran danos na saúde humana, perda de valor de solos ou impactos na economía e na paisaxe, de xeito que a comarca sexa retirada do Plan Sectorial Eólico de Galicia. No ámbito político, a concelleira non adscrita de Ordes Beatriz Martínez acusou ao alcalde de oportunismo coa declaración institucional, cando sabe que “silenciosamente” a Xunta vai autorizar os parques “co apoio do rexedor”. O PP replicoulle a Martínez Candal chamándolle “veleta” polos que considera cambios de criterio “cada semana” sobre os proxectos eólicos da súa exconcelleira.


CRÓNICAS - Maio 2018

18

XENTE DE AQUÍ Un certame de poesía paralelo ao experimento O Marumasat III forma parte dunha misión denominada ‘Niño no faro’, na que colaboraron catro institutos de secundaria galegos. Ao Maruxa Mallo e aos Marco do Camballón (Vila de Cruces) e Miraflores (Oleiros) uniuse este ano o Xelmírez, de Santiago de Compostela. Como actividade paralela, convocouse o I Premio de Poesía Estratosférica. Os poemas gañadores foron incluídos na cápsula. No caso de Ordes, a gañadora foi Sheila Cores Juncal e a finalista foi Verónica Bermúdez Vázquez. Ao lanzamento desde o patio do Maruxa Mallo, cunha meteoroloxía bastante propicia, acudiron o delegado provincial da Xunta, Ovidio Rodeiro; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o físico Jorge Mira; e o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, máis os concelleiros Susana García, José Manuel Rodríguez e Ana Soneira.

ORDES Lanzamento dunha cápsula espacial desde o IES Maruxa Mallo

O Marumasat III cumpre con éxito a misión e cae preto de Negreira O lanzamento da cápsula espacial Marumasat III resultou exitoso. O problema estivo despois do descenso, posto que se lle perdeu o sinal e foi localizado días despois preto de Negreira. A iniciativa da Axencia Espacial Escolar Galega NOSA, na que participaron o IES Maruxa Mallo de Ordes e institutos de Vila de Cruces, Oleiros e Santiago, tivo como obxectivo captar imaxes estratosféricas, a 35.000 metros de altura, do ocaso da lúa diúrna. Tamén levaba o ovo dunha abella obreira para que eclosionase e regresase con vida á terra. Eclosiounou, pero cando foi localizado os insectos xa morreran. Na elevación, mediante un globo de helio, non houbo ningunha incidencia. Foi no retorno cando viñeron os problemas. A primeira hipótese foi que caera na zona da Serra de Outes, de acordo coas pistas que deu o derradeiro sinal do GPS interno antes de que se lle agotase a batería. Non estaba de todo desencamiñado, posto que ao final foi posible

Estudantes e docentes ultiman o lanzamento da cápsula desde o patio do instituto

dar coa ubicación do Marumasat III a uns tres quilómetros de Negreira gracias a un localizador de aves que incorporou ao equipo Rafael Regos, experto en cetrería e alumno do Maruxa Mallo. Este estudante máis seu pai bus-

caron durante varios días, ao recibir ao principio un sinal moi débil do dispositivo. Despois foi aumentando ao atinar a dirección e irse achegando ao punto de aterraxe, cos restos do globo colgando dun carballo e a cápsula en bo estado.

ORDES

ORDES Recolleron máis dunha tonelada de produtos non perecedoiros

Curso da asociación Enfeitizados sobre a iniciación á defensa persoal para mulleres

O CEIP Castelao ordense celebra unha feira do libro solidaria

Exercicios na primeira sesión

A asociación ordense Enfeitizados desenvolveu un curso de iniciación á defensa persoal para mulleres. Cunhas vinte participantes, organizouse en dúas sesións no ximnasio do Campomaior. As clases foron impartidas por José Veiga, mestre da disciplina de aikido, que ensinou diferentes técnicas de bloqueo e de confrontación para responder ante un hipotético caso de agresión física. O curso, que ofrecía a posibilidade de participar nas dúas sesións ou só nunha, contou coa colaboración do Concello de Ordes para a súa realización.

O Colexio de Educación Infantil e Primaria (CEIP) Alfonso Daniel R. Castelao, de Ordes, celebrou o Día do Libro coa súa I Feira do Libro Solidario, coa que involucrou a gran parte da comunidade escolar. O evento, que se desenvolveu nos últimos días do mes de abril, consistiu nunha doazón de libros por parte das familias, que tras seren revisados e clasificados recibiron cadanseu valor simbólico en quilos de comida. Deste xeito, para facerse con libros da feira as familias podían entregar un, dous ou tres quilos de alimentos non perecedoiros, segundo o valor asignado a cada exemplar. A doazón, que superou a tonelada de alimentos, foi entregada aos Servizos Sociais do Concello. Ademais, tamén se pediron artigos de hixiene, aínda que neste caso tratábase de doazóns plenamente altruístas, que non supoñían un in-

Libros doados polas familias do colexio, que se intercambiaron por alimentos

tercambio por libros. A feira estivo atendida en horario lectivo por profesorado integrante do equipo da biblioteca do centro escolar. Cada grupo de nenos e nenas tivo unhas horas marcadas para acudir ao intercambio. Como maneira de promocionar a Feira do Libro Solidario entre o alumnado, o colexio organizou tamén un concurso de carteis. O gañador foi Iván Pérez, da clase de 5ºB. O concurso de carteis da Feira do Libro Solidario tivo como gañadora esta creación (imaxe á dereita destas liñas) de Iván Pérez, estudante da clase de 5ºB.


CRÓNICAS - Maio 2018

19

XENTE DE AQUÍ OROSO Xosé Regueira, deputado provincial responsable da área de Turismo, exerceu como pregoeiro

A Festa da Troita medra con propostas para todas as idades A Festa da Troita de Oroso busca novos públicos. Así o acredita a programación de actividades que se desenvolveu durante a vixésimo segunda edición, os pasados 11, 12 e 13 de maio. Ás iniciativas habituais sumáronse outras que procuran chegar a colectivos cada vez máis diversos e persoas de todas as idades. Deste xeito, ademais das verbenas nocturnas para captar un numeroso público xuvenil, programáronse diversos obradoiros infantís, a exposición ‘Son de Campo’, de mulleres rurais e do comercio local, actuacións

de música e baile tradicionais ou números de maxia, entre outras propostas lúdicas e culturais. A meteoroloxía non foi especialmente propicia para a festa, pero quizais si axudou bastante ao desenvolvemento dos campionatos de pesca infantil e de adultos, que como é habitual contaron cunha considerable participación e volveron deixar patente a considerable tradición troiteira da contorna. O domingo 13 foi a xornada máis concorrida, coa degustación de troitas nos bares e restaurantes colabo-

A degustación de troitas conta sempre cunha gran aceptación entre o público

radores da festa e tamén na Alameda de Góis. O sector hosteleiro do municipio fixo valer de novo o seu coñecemento á hora de preparar o produto estrela da festa, que ten a condición de interese turístico de Galicia. O evento contou nesta ocasión con Xosé Regueira, deputado provin-

Promoción na Feira Ibérica de Turismo de Portugal FIT O Concello de Oroso efectuou nas semanas previas á Festa da Troita un intenso labor de promoción do evento. Como mostra, a participación na Feira Ibérica de Turismo de Portugal FIT, celebrada na localidade lusa da Guarda, coa intención de seguir gañando coñecemento e interese no país veciño. O municipio non só promocionou o acontecemento gastronó-

mico, senón tamén o seu patrimonio natural. O alcalde, Manuel Mirás, e o concelleiro Antonio Leira acudiron a terras lusas a participar na degustación de troitas organizada con tal ocasión, e mesmo botaron unha man entre os fogóns. Mirás e Leira participaron en varios eventos acompañados por representantes de Góis, municipio irmandado con Oroso.

Comuniones 2018

cial responsable da área de Turismo, que destacou as características da celebración e a súa implantación social. O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, agradeceu o labor de traballadores municipais, veciñanza, empresas e institucións que contribuíron ao éxito da festa.


CRÓNICAS - Maio 2018

20

XENTE DE AQUÍ COMARCA Organizáronse diversas actividades lúdicas co gallo da xornada dedicada a María Victoria Moreno

A conmemoración das Letras Galegas, na rúa e cos máis pequenos A conmemoración do 17 de maio como Día das Letras Galegas, dedicado este ano a María Victoria Moreno, tivo na comarca os espazos públicos como escenario e os nenos e nenas como principais protagonistas en actividades de orientación lúdica. En Ordes diversos espectáculos culturais conformaron o programa específico. Na Alameda representouse ‘O cego dos monifates’, peza infantil da propia autora que estivo a cargo da compañía Garabato de Xogos. Nos días sucesivos, a Alameda acolleu tamén unhas xornadas participativas de creación artística co Camiño Inglés como temática e un recital de poemas con María Lado e Lucía Aldao ‘Aldaolado’. Á vez, nun ámbito máis convencional, a biblioteca municipal preparou unha mostra de libros e documentos bibliográficos relacionados coa vida e a obra de Moreno, mestra de orixe cacereño que chegou a Pon-

tevedra en 1965 e ao longo da súa traxectoria vital se comprometeu fondamente coa lingua galega e ademais sería unha destacada autora de narrativa infantil e xuvenil. En Oroso, unha das propostas que destacou foi un acto organizado polo BNG na Praza Isaac Díaz Pardo. Consistiu en xogos e obradoiros de manualidades para nenos e nenas, aderezados con narracións e relatos do libro ‘Mar adiante’, da autora homenaxeada. Das actividades encargáronse Xandobela. Na axenda para os vindeiros días aínda quedan algunhas citas que se vincularon tamén á conmemoración do 17-M. É o caso do concerto musical ‘O son que me arrola’, da Asociación Antonio Gandoy, que terá lugar nas instalacións do colexio da Pontecarreira (Frades) este 1 de xuño a partir das 11:00 horas para nenos e nenas de preescolar e de cursos de educación infantil.

TORDOIA

OROSO Mostra de experimentos e exposición de cartelería para divulgar a ciencia

Divulgan entre as novas familias as ferramentas para educar

O IES de Oroso conmemora o Día da Ciencia abrindo as súas portas

Actividades do Concello de Ordes na Alameda e do BNG de Oroso en Díaz Pardo

Charla da atención temperá comarcal

O concello de Tordoia acolleu unha charla sobre as ferramentas para educar, ofrecida polo servizo de atención temperá da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes. A charla estivo dirixida a familias con nenos e nenas pequenos. Orientouse a facilitar pautas para escoitar e comprender as preocupacións que teñen os cativos, para fomentar a colaboración familiar e para axudar a que os nenos e nenas poidan forxar unha imaxe positiva sobre si mesmos, o que lles axudará a afrontar problemas con maior independencia e capacidade de resolución.

O alumnado expuxo diversos experimentos que preparou co gallo da xornada

O IES de Oroso conmemorou o Día da Ciencia cunha xornada de portas abertas na que o alumnado exhibiu os seus proxectos científicos, á vez que se ofreceu unha demostración de experimentos na que co-

laborou o profesorado promotor do evento e estudantes, así como unha exposición de carteis sobre científicos destacados, galegos e do resto de España e do mundo. Ao ser unha xornada de portas

abertas, tiveron ocasión de participar na actividade non só os alumnos e alumnas do centro, senón tamén os seus familiares. O IES explica que a idea de dedicar unha xornada lectiva ao Día da Ciencia partiu dos Departamentos de Física e Química, Bioloxía e Tecnoloxía do centro. A iniciativa foi ben acollida polos estudantes e polo resto do equipo docente. De feito, outros departamentos contribuíron á conmemoración con accións como a preparación da cartelería que se expuxo. Un dos obxectivos esenciais do día foi divulgar a ciencia publicamente. O IES comenta que en toda a mañá da conmemoración “respirouse un forte ambiente de colaboracionismo, solidariedade e interese polo gran traballo experimentado polo alumnado participante e polo profesorado promotor e colaborador”. O resultado fai pensar en que o Día da Ciencia se instaure “como unha cita ineludible” no IES de Oroso para os vindeiros cursos, segundo informaron desde o centro.


CRÓNICAS - Maio 2018

21

XENTE DE AQUÍ ORDES Anuncian a construción dunha nova pista cuberta xusto ao lado para facilitar o uso aínda que chova

O club de baloncesto Obradoiro inaugura a nova pista polideportiva do Campo da Feira Xogadores e técnicos do club de baloncesto Obradoiro, de Santiago, visitaron Ordes para inaugurar a nova pista multideporte do Campo da Feira. Compartiron a súa estadía con decenas de persoas que acudiron a xogar con eles nas novas instalacións. A pista, que precisou un investimento de 29.000 euros, permite a práctica de fútbol, baloncesto, voleibol e bádminton. Cunhas dimensións de 14 x 19,5 metros, está construída con caucho e conta cun perímetro de seguridade de dous metros de altura. No acto de apertura, o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, e a concelleira de Deportes, Ana Soneira, anunciaron que se prevé construír un parque cuberto xusto ao lado para poder utilizalo aínda que chova. Os representantes municipais agradeceron a axuda dos responsables da empresa carpinteira Ramón García, presentes no acto, para facer posible a visita dos integrantes do club de baloncesto compostelán.

Decenas de persoas, sobre todo nenos e nenas, estrearon a nova pista en compañía dos integrantes do club Obradoiro


CRÓNICAS - Maio 2018

22

XENTE DE AQUÍ ORDES As entidades culturais Brisas do Quenllo, de Tordoia, e O Manexo, de Oleiros, foron as convidadas

Camiño Real congrega máis de 300 persoas no seu encontro folclórico das Herdanzas de Poulo

A xornada foi unha boa representación da música e o baile tradicionais de Galicia

Unha das actuacións sobre o escenario do encontro, a carón do local social

O segundo Encontro Folclórico das Herdanzas de Poulo, organizado pola Asociación Cultural Camiño Real de Poulo, congregou unhas trescentas persoas nunha xornada na que a entidade celebrou tamén o seu xantar popular. O evento contou coas asociacións

culturais Brisas do Quenllo, de Tordoia, e O Manexo, de Oleiros, como agrupacións convidadas. O alcalde de Ordes, José Luis Martínez Sanjurjo, e a concelleira Ana Soneira, estiveron no encontro e entregaron as cerámicas tradicionais e as cintas de estandarte como agasallos.

O alcalde e a concelleira Soneira entregaron os agasallos conmemorativos

TORDOIA

ORDES

Viaxe a Extremadura, Andalucía e Portugal durante sete días

Falece Andrés Remuiñán, un dos últimos desterrados en Burgos

Máis de cincuenta veciños e veciñas de Tordoia participaron durante unha semana nunha viaxe organizada polo Concello con destinos en Extremadura, Andalucía e Portugal. En concreto, coñeceron a cidade de Cáceres e visitaron unha adega en Cádiz, onde tamén asistiron a unha exhibición de arte ecuestre. Tamén visitaron a capital e as localidades de Jerez de la Frontera e Chiclana. O último tramo da viaxe permitiulles coñecer o Algarve e a Albufeira, en Portugal.

Hai unhas semanas faleceu Andrés Remuiñán Barreiro, aos 93 anos de idade. Era unha das últimas persoas vivas que sufriu desterro na provincia de Burgos, tal como informa o memorialista Manuel Pazos Gómez, da asociación cultural Obradoiro da História. O falecido, e sete integrantes máis da súa familia, foron desterrados a varias localidades de Burgos en 1948. O desterro foi ordenado polas autoridades franquistas e executado pola Garda Civil. Foi unha represalia porque un irmán, José Remuiñán Barreiro, se botara ao monte para unirse á guerrilla antifranquista. Os desterrados foran os pais de Andrés Remuiñán, José Remuiñán Liste e Antonia Barreiro Recouso, ademais de seus irmáns Asunción, Jacinto e Francisco, este último coa súa muller Dolores Naveira e a filla dos dous, Dorinda. Pazos Gómez comenta que foi un desterro “especialmente doloso” e repleto de penurias, como

Andrés Remuiñán Barreiro, nunha fotografía de Manuel Pazos Gómez

a morte da nai, de pena sen poder voltar á súa casa. Andrés Remuiñán coñeceu no desterro a Petra Ruíz Arroyo, coa que casou en 1949. Despois vivirían en Ordes. A represión contra esta familia de Ordes chegou ao exilio. Luís Seoane recolleu os feitos no poema Verdadeiro sucedido nun Nadal, incluído na súa obra A Maior Abondamento.


CRÓNICAS - Maio 2018

23

PUBLICIDADE


CRÓNICAS - Maio 2018

24

XENTE DE AQUÍ ORDES

Lea na Xuntanza dos Maiores pola gratuidade para políticos Polémica pola asistencia de balde dos cargos políticos á Xuntanza dos Maiores de Ordes. O grupo municipal do BNG propuxo que os concelleiros e concelleiras, e tamén os seus acompañantes, pagasen como mínimo os cinco euros que custa a entrada. O goberno (PP) e os concelleiros non adscritos procedentes de UxO, Roberto González e José Luis Gómez, votaron en contra. UxO e o PSOE abstivéronse. E a non adscrita Beatriz Martínez apoiou a proposta. A portavoz do goberno, Susana García, afirmou que “non é por non pagar” e argumentou que “a festa dos maiores é un acto no que a corporación é a anfitrioa, polo que non ten cabida esta medida”. García falou de altruísmo por parte do goberno e citou “a enorme cantidade de horas que os concelleiros e concelleiras deste Goberno botan traballando e atendendo asuntos sen percibir remuneración algunha, incluso

Veciñas saudando o conselleiro de Política Social

poñendo os seus cartos, teléfonos e moitos outros medios á disposición do Concello, e polo tanto dos veciños e veciñas de Ordes”, asegurou, segundo informa o propio Concello. O Bloque, que finalmente decidiu non acudir ao ágape, non ve lóxico que os veciños e veciñas teñan que pagar nos últimos anos cinco euros para acudir mentres os integrantes do goberno e o resto da corporación van de balde. Pablo Vidal, portavoz municipal do BNG, explicou que a súa iniciativa trataba de rematar con “esta situación anacrónica, tentando achegala a unha moralidade máis acorde ás demandas da sociedade actual”. En canto á celebración, superou as 800 persoas participantes baixo unha carpa no Campo da Feira de Or-

A música e o baile son parte da festa, xunto co xantar e a misa

A Xuntanza dos Maiores de Ordes superou as 800 persoas participantes

des, con misa, xantar, música e baile. En representación da Xunta, acudiu o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela. Da súa intervención destaca o anuncio da inmi-

nente sinatura do convenio de colaboración entre a Xunta e o Concello para construír un centro sociocomunitario nas inmediacións do Campo da Feira.

OROSO Con misa, xantar festivo, música e baile na pista do polideportivo municiipal en Sigüeiro

O Día das Maiores reúne 700 persoas O Día das Persoas Maiores do Concello de Oroso superou as setecentas participantes. Como é habitual, as actividades da xornada desenvolvéronse no polideportivo do complexo Juanito Amigo, en Sigüeiro. O evento comezou cunha misa no propio recinto deportivo, á que o coro Voces Amigas lle puxo a parte cantada. Posteriormente interviu o alcalde, Manuel Mirás, que asegurou que a homenaxe ás persoas maiores “é un dos días máis especiais do ano en Oroso”. O xantar seguiu o esquema habitual neste tipo de celebracións. E para o momento da dixestión a actuación do dúo Eva e Camilo, cun repertorio que se considera axeitado á idade, deu pé ao baile. Nesta festa poden participar en Oroso persoas de sesenta anos ou máis empadroadas no municipio, así como as súas parellas, independentemente da idade que teñan. O Concello ofreceu servizo de transporte.

O xantar supón unha ocasión para o encontro e a conversa da veciñanza

A misa oficiada no polideportivo foi seguida pola maioría das persoas participantes


CRÓNICAS - Maio 2018

25

XENTE DE AQUÍ TORDOIA Liderou a revolta veciñal para reivindicar prezos xustos na ocupación de terreos do encoro de Vilagudín

Obradoiro da História homenaxea a Fraga Seoane A asociación cultural Obradoiro da História de Ordes homenaxeou a Manuel Fraga Seoane, veciño de Tordoia de 75 anos de idade que tivo un gran protagonismo na revolta veciñal que reivindicou o pagamento de prezos xustos e indemnizacións na ocupación de terreos para o encoro de Vilagudín a finais da década de 1970. Nun acto no Museo Soneira, de Parada (Ordes), a entidade entregoulle a Fraga Seoane unha placa de lembranza e un tríptico que recolle a súa biografía e un relato do conflicto entre a veciñanza e a empresa eléctrica Fenosa. Obradoiro da História destaca como razóns para homenaxear a Fraga Seoane o seu compromiso pola defensa da terra, a consecución de que Fenosa pagase prezos xustos e indemnizacións polos terreos que anegou, a construción por parte do homexeado do Museo Etnográfico Fraga Seoane en Santaia (Tordoia), a recuperación dos cantos tradicionais de Nadal e de Reis na súa parroquia e o feito de ser unha persoa moi aprezada e querida na comarca ordense. O CONFLICTO O homenaxeado, alcumado Torres por ser da Casa da Torre de Santaia, liderou a comisión de afectados das parroquias de Gorgullos (Tordoia), Lesta (Ordes) e Xesteda (Cerceda) que, apoiada por Moncho Valcarce -o cura das Encrobase as Comisións Labregas, obrigou a Fenosa a negociar un importe máis aceptable polos terreos que ocuparía o encoro, utilizado para refrixerar a central térmica de Meirama. Tal como explica Obradoiro da História, que efectuou con esta ocasión a primeira investigación e publicación sobre o conflicto, Fenosa comezara a tramitar en xuño de 1976 as concesións de auga para o encoro. As reclamacións veciñais iniciais, por mor da perda de terras de labradío, non foron atendidas. A empresa tratou propietario por propietario a prezos moi baixos, deixando caer a advertencia de posibles expropiacións, o que fixo que moitas persoas aceptasen. Mais ao descubrir as diferencias de prezos, os veciños e veciñas sentíronse enganados e comezaron as protestas. A finais de 1978 e comezos de 1979, xa coa comisión plenamente operativa, chegaron a parar as máquinas que xa preparaban os terreos para o encoro, coa intención de forzar a negociación.

Mantiveron gardas e foron denunciados e multados por desacato á orde pública. Ao final, a eléctrica aceptou negociar e acordáronse indemnizacións por cada ferrado de terreo. En maio de 1979 foron rubricadas as indemnizacións de 109 contratos. Cobrarían poucas semanas despois, o que supuxo o final do conflicto. O tríptico que detalla a biografía de Fraga Seoane e relata a revolta polo encoro de Vilagudín será repartido de balde pola asociación Obradoiro da História en diversos puntos de toda a comarca. Manuel Fraga Seoane (terceiro pola esquerda) coa directiva do Obradoiro da História


CRÓNICAS - Maio 2018

26

XENTE DE AQUÍ ORDES

CERCEDA Lembran a Moncho Valcarce aos 25 anos do seu falecemento

A Real Academia da Historia inclúe a Isabel Cendal no seu diccionario biográfico

Segundo Roteiro pola Memoria nas Encrobas

A Real Academia da Historia inclúe a Isabel Cendal no seu diccionario biográfico electrónico. A considerada primeira enfermeira da historia en misión internacional, Filla Predilecta de Ordes, súmase a una relación de 45.000 referencias de persoeiros destacados da historia de España e pertencentes a uns dous mil ámbitos de actividade. A presentación da obra tivo lugar nun acto en Madrid cos Reis de España, o ministro de Educación, Cultura e Deporte, a directora da Real Academia da Historia, o responsable da chamada Marca España, o director do Instituto Cervantes, o secretario de Estado de Cultura, ou o secretario de Estado para a Sociedade da Información e a Axenda Dixital. O alcalde de Ordes destacou o importante paso que supón a inclusión de Cendal neste diccionario para a recuperación da súa figura histórica, mesmo a nivel internacional.

As Encrobas, en Cerceda, celebrou o seu II Roteiro pola Memoria, que este ano cadra cos vinte e cinco anos do pasamento de Moncho Valcarce, quen fóra o seu párroco e ademais referente na loita da veciñanza contra as condicións e as maneiras en que o seu territorio foi ocupado para a explotación da mina de lignito que durante tres décadas abasteceu a central térmica de Meirama. As persoas participantes nesta marcha acudiron a Pontoxo. Nas inmediacións da igrexa e da praza que leva o nome de Valcarce tiveron lugar diversas intervencións. No roteiro as lembranzas viñeron da man de diversas expresións artísticas, como música, teatro ou poesía. A xornada tivo tamén un compoñente de solidariedade coas zonas afectadas na actualidade por novos proxectos mineiros, como é o caso dos municipios coruñeses de Touro e O Pino.

O punto de encontro do roteiro foi a Praza Moncho Valcarce en Pontoxo (fotos: SLG)

TORDOIA

ORDES

Alumnado do CPI Pecalama visita a Casa do Concello

Exposición ‘Auga, o sangue da terra’ no Museo do Traxe

Escolares e munícipes, no salón de plenos do Concello de Tordoia

Inauguración da exposición de Manuel Valcárcel no Museo do Traxe de Ordes

Nenos e nenas de cuarto curso de infantil do CPI Pecalama de Tordoia visitaron a Casa do Concello para coñecer o funcionamento da institución. Acompañados pola directora do centro e por dous mestres, foron recibidos polo alcalde, Antonio Pereiro, e por varios concelleiros e concelleiras.

A exposición fotográfica Auga, o sangue da terra pode visitarse no Museo do Traxe de Ordes ata o 27 de maio, de luns a venres de 17 a 21 horas, os sábados de 10 a 14 e de 17 a 20 horas, e os domingos de 10 a 14 horas. Esta mostra, de Manuel Valcárcel, chega a Ordes de xeito gratuíto

Na visita percorreron as dependencias municipais e recibiron explicacións sobre a actividade que se realiza nas diferentes áreas da administración local. O alcalde escoitou as peticións dos escolares no seu despacho e no salón de plenos. Tamén tiveron tempo de accionar a serea do coche da policía.

grazas a un convenio asinado entre o Concello, Abanca e Afundación, nun percorrido por toda Galicia. Con imaxes tomadas en todo o mundo, a exposición ten obxectivo valorar a auga como elemento vital e amosar como inflúe a presenza ou ausencia de auga nas culturas, nas paisaxes e nos ecosistemas.


CRÓNICAS - Maio 2018

27

DEPORTES ACTIVIDADES

FÚTBOL

Fin de curso masivo de ballet, patinaxe e ximnasia

O Teke Teke de Ordes gaña o Intermunicipal en Negreira

Clausura das actividades do curso no polideportivo Castelao I de Ordes

Máis de 350 nenos e nenas participaron na clausura das actividades municipais de ballet, patinaxe artística e ximnasia rítmica en Ordes. Os diferentes grupos e formacións efectuaron os seus exercicios na pista do polideportivo Castelao I, que tiña as bancadas ocupadas por centos de persoas. Este acto público ten o valor de demostrar os coñecementos e

habilidades adquiridos durante o curso, así como incentivar a participación nestas actividades nas vindeiras tempadas. Ademais dos cursos municipais, participaron integrantes das ANPAS dos colexios Campomaior, Castelao e Mesón do Vento, as escolas dos Concellos de Carballo, Tordoia e Trazo e os clubes de patinaxe Galia, Conxuro Laracha e Lubiáns.

O equipo Teke Teke de Ordes gañou o XXI Torneo Intermunicipal Negreira de fútbol sala, no que se enfrontaron os once campións doutras tantas ligas locais. O conxunto ordense venceu na final por 1-3 ao equipo Autoescola Antonio, de Negreira. O xogador Iván Méndez foi escollido como o mellor da competición e como porteiro menos goleado foi recoñecido José Manuel, tamén do equipo ordense. O máximo goleador foi Joaquín Becerra, de Negreira. A concelleira de Deportes de Ordes, Ana Soneira, foi testemuña do triunfo.

FÚTBOL

FÚTBOL

O Dépor Campus en Ordes admite anotacións ata o día 21

O Campus Oroso-Fundación Celta será no mes de xullo

Presentación do Dépor Campus, que terá lugar do 25 ao 29 en Vista Alegre

O campus da fundación viguesa foi presentado no centro cultural de Sigüeiro

O segundo Dépor Campus en Ordes está previsto entre os días 25 e 29 de xuño nas instalacións deportivas de Vista Alegre. Poden participar nenos e nenas de 6 a 14 anos de idade. O prazo para anotarse, a través de internet, remata o 21 de xuño. O prezo é de 120 euros, que se reducen en 20 euros para integrantes da S.D. Club Ordes e do

Nenos e nenas de entre 4 e 16 anos poderán participar no Campus Oroso-Fundación Celta 2018 de fútbol, que se desenvolverá do 2 ao 27 de xullo. O prazo de inscrición xa está aberto coa posibilidade de matricularse en semanas soltas e de escoller entre a modalidade matinal (10:00 a 14:00 horas) ou completa (10:00 a 18:00 horas). Ademais dos adestramentos e

Deportivo, familias numerosas, máis dun irmán inscrito ou situacións de desemprego. A contía inclúe equipamento e material deportivo, a merenda diaria, entradas para partidos do torneo Teresa Herrera e a propia formación técnica do campus. Na iniciativa colaboran o Concello, a Mancomunidade, o Deportivo e a S.D. Club Ordes.

da preparación técnica deportiva, o campus inclúe visitas ao estadio de Balaídos en Vigo, ao parque acuático de Cerceda e á piscina de Oroso, ademais da práctica de sendeirismo e outros deportes. A inscrición inclúe tamén unha equipación da Fundación Celta. Hai descontos para empadroados en Oroso, integrantes do Xuventude Oroso e máis dun irmán.


28

CRÓNICAS - Maio 2018

DEPORTES ORDES

HALTEROFILIA A finais de outubro acudirá ao europeo sub 23 en Polonia

Alberto Martínez, campión de Galicia e norte de España en fisioculturismo e fitness

O tordoiés Martín Liste Viaño acada tres récords de Galicia

Alberto Martínez Villaverde, veciño de Ordes, proclamouse campión de Galicia e do Norte de España de fisioculturismo e fitness na categoría men’s physique júnior. A proba disputouse en Pontevedra e Martínez, do equipo David García Trainer de Vilagarcía, competiu entre os menores de 23 anos. Ao peche desta edición tiña previsto participar na olimpíada nacional en Cambados.

O atleta Martín Liste Viaño, de Tordoia e integrante do Club Halterofilia Coruña, rexistrou tres novos récords galegos de halterofilia durante a súa participación nun campionato en Camponaraya (León). En arrancada, o récord absoluto fixouno en 132 quilos. Comezara con 120 e no segundo intento foi ata os 127, pero non os logrou por mor dun erro técnico. En dous tempos, Liste Viaño saíu a 150 quilos, acadou os 160 no segundo intento e acabou en 168 quilos, o que supón outro récord galego. En total olímpico, por último, acadou os 300 quilos. EUROPEO SUB 23 A participación nestes campionatos e os resultados obtidos supoñen un bo precedente preparativo para o Campionato de Europa sub 23 ao que acudirá o de Tordoia a finais do vindeiro mes de outubro en Polonia. Aínda tendo en conta estes evidentes éxitos, Liste Viaño declara que participou nas probas de Camponaraya cunhas expectativas “non

Martín Liste Viaño, nun dos levantamentos do campionato en Camponaraya (León)

demasiado altas”, dado que “o estado óptimo de forma que espero alcanzar será para máis adiante”. O atleta, que nos últimos anos experimenta unha constante pro-

gresión deportiva, engade que “todo isto non sería posible sen o meu adestrador Ferenc Szabó e os meus compaéiros de adestramentos, os irmáns Castro Mariño”.

FÚTBOL SALA

NATACIÓN

O infantil fradense gaña o campionato provincial escolar

Ángel Fraga (CN Cerceda), récord en 100 m socorrista

Equipo infantil que representou as comarcas de Ordes e Santiago no provincial

O récord supuxo ademais medalla de bronce no Open Internacional de Madrid

O equipo infantil das escolas de fútbol sala de Frades, con xogadores de varios municipios, gañou o campionato provincial escolar de fútbol sala. A final disputouse ante o Curtis e o resultado foi de 1-4. Non xogaron a semifinal porque o

Ángel Fraga, do Club Natación Cerceda, logrou o novo récord galego absoluto na proba de 100 metros socorrista. Foi durante a súa participación no sexto Open Internacional de Salvamento en Madrid. Rexistrou un tempo de 56,37

equipo de Camariñas non compareceu ao encontro. Previamente, o conxunto gañara a fase zonal de Santiago do torneo intercomarcal, representando as comarcas de Ordes e Santiago na fase provincial.

segundos. No Open, o resultado serviulle para acadar a medalla de bronce. Nesta mesma competición, celebrada a comezos de maio, foi cuarto na proba de 100 metros rescate con aletas.


CRÓNICAS - Maio 2018

29

PUBLICIDADE


CRÓNICAS - Maio 2018

30

DEPORTES ATLETISMO Club Atlética A Silva - Ordes

O equipo benxamín, campión galego O equipo benxamín masculino do Club Atlética A Silva-Ordes alzouse co primeiro posto no Campionato de Galicia disputado hai uns días en Lugo. É a primeira vez que a entidade acada un triunfo deste tipo. Para o club supuxo outro éxito presentar equipos en todas as categorías. O trofeo foi entregado por dúas figuras moi destacadas do atletismo español: o campión mundial de maratón Abel Antón e o campión olímpico en 1.500 metros Fermín Cacho. Por outra parte, Atlética A SilvaOrdes tivo representación no Cam-

pionato de España Máster de Lanzamentos, disputado na localidade catalana de Gavá. Ángeles Rodríguez del Río acadou o ouro en heptathlon F60 e Ana Abuín a prata en pentatlon lanzamentos F55. E no Campionato Galego de relevos en Ourense, o Atlética A SilvaOrdes acadou seis podios. En 4x80, o equipo infantil masculino gañou e o feminino foi bronce. En canto aos máster, as mulleres foron ouro en 4x100 e prata en 4x400 e os homes prata en 4x100 e bronce en 4x400. As cadetes foron cuartas en 4x300. A participación do club Atlética A Silva-Ordes no campionato de España Máster de Lanzamentos saldouse cunha medalla de ouro para Ángeles Rodríguez e unha de prata para Ana Abuín.

Participantes no campionato en Lugo (arriba) e no galego de relevos en Ourense

CARREIRA VI Pedestre de Oroso

Paula Mayobre e José Lojo gañan en Oroso

As probas para nenos e nenas foron as máis seguidas polo público

Os gañadores da categoría principal da VI Carreira Pedestre do Concello de Oroso foron José Lojo, na clasificación masculina, e Paula Mayobre, na feminina. El pertence ao Club San Miguel de Marín e ela ao Clínica Dental Seoane Pampín. A proba consistiu nun circuíto duns cinco quilómetros por Sigüeiro

e a súa contorna, ao que había que darlle dúas voltas. As persoas que non quixeron competir tiveron a opción de efectuar unha andaina cunha soa volta ao mesmo circuíto. A carreira dividiuse, como é habitual, en diferentes categorías de idade, desde a pitufo (nados de 2013 en diante) ata os veteranos.

CARREIRA V Pedestre de Frades

En Frades impóñense Costa e Mayobre Na V Carreira Pedestre do Concello de Frades os gañadores foron Nuno Costa, do Tambre Bike & Running, e Paula Mayobre, do Club Clínica Dental Seoane Pampín. Na categoría masculina, o segundo foi Anxo Castro e o terceiro Akka Essaadoui. O podio feminino completárono Esther

Rodríguez e María Jesús Gestido. A proba absoluta, de 8,6 quilómetros de percorrido con saída e meta na Pontecarreira e premios en metálico, sumou 171 participantes. Nas probas escolares, con distancias menores, a participación chegou a 231 nenos e nenas.

Gañadores e gañadoras das distintas categorías da carreira de Frades


CRÓNICAS - Maio 2018

31

OPINIÓN

O escándalo do Padre Posse

Cuspir contra o vento O taquígrafo disléxico

Por Carlos Calvo Varela Por volta do século XVIII as dúas terzas partes do clero parroquial galego era de orixe labrega, e moi próximo ao pobo na súa mentalidade: eran cregos que tanto tomaban viño na taberna como botaban unha loita cun veciño por diversión e que, como evidencian os procesos da Inquisición, non vían que houbese tanto mal nos asuntos do sexo. Contra esta realidade incontronable pretendeu rebelarse o padre Juan Antonio Posse, por outra parte moi liberal e defensor dunha república independente de Galiza orientada xeoestratexicamente para o mundo atlántico, aliándose con Portugal e Cran Bretaña. Mais aí remataba o seu liberalismo; canto á sexualidade fachendeaba de non ter levado xamais unha muller nas ancas do seu cabalo, e na parróquia que rexía nos montes de León multaba os noivos que ousasem beixarse, lamentando sempre que nas aldeas galegas a vida decorrese “en la lascivia más impúdica,

aún desde la más tierna infancia”. Cando nunha tardiña volvía a Santiago, vindo da Coruña, levou un bo desgosto. Novamente non se indica o lugar, que ben puido ser en Gouzón ou en Guindobón, onde puido ver como: “[…] estaba una muchacha pastando bueyes en un prado en que había laureles y salgueros. No lejos de ella segaba hierba, de cuclillas, un joven […] La joven fue por detrás y le dio un empujón, haciéndole caer de hocico. Él se levantó para castigarla de la supuesta injuria. Ella se escapó y él continuó segando hierba. Estas tentativas se repitieron tres o cuatro veces. Al último empellón la siguió de veras, y ella se escapaba, volviéndose a él, incitándole con las manos y fingiendo que huía, defendiéndose, hasta que se metieron entre los árboles, donde les dejé de ver […]”. Peor aínda foi o apuro que levou cando camiñaba pola “gran ribera de Valdayo” acompañado dunhas mozas de ían vender comestibles á Coruña

Os paxariños da Alameda Os paxaros máis vellos non queren xogar cos novos e tampouco cos que aparentan ser novos. Son xa moitas aventuras as que levan superado sen practicamente desplumarse como para lanzarse agora a voar coa corrente e á vista de todo o mundo. As incertezas son demasiadas e o cálculo de custos e beneficios aconsella ser prudentes no xogo. Se non fose así, non terían chegado ata onde chegaron. Algún ten boa memoria de voos sen motor e non quere verse noutra así. Sorprende entre os ornitólogos o grao de paroxismo ao que chegan tanto os exemplares máis mozos como os de pluma de prata decorada. Tratan de ver se tal saída ao escenario foi unha reacción de medo, un intento de disfraz primaveral ou o preludio dun ritual de apareamento chamado ao fracaso. A hipótese que triunfa é a dunha hibridación de comportamentos.

“cantando muy alegres y desenvueltas”. Ao chegaren a un regato: “[…] se rezagaron algunas jóvenes, para pasarle sin mojarse, de un modo muy indecente a mis ojos, y quise corregirlas de su imprudencia. Pero en este particular las costumbres de Galicia no admiten una fácil reforma. Descargaron sobre mí una nube de desvergüenzas que quedé asombrado de su libertad”. Unhas dicíanlle que aos sete anos xa non eran virxes; outras, cousas que non escribiu “por inmodestas e impudentes”; mais todas elas, “a cual más, decía las suyas”1. 1.- Juan Antonio Posse, Memorias del cura liberal don Juan Antonio Posse, edição de Richard Herr, Madrid, 1984. A primeira anécdota na p. 135, e a de Baldaio na p. 137. Citadas en: Pegerto Saavedra, La vida cotidiana en la Galicia del Antiguo Régimen, Barcelona, Crítica, 1994, pp. 200-201.

Para Fran de Loureda.

Os proxectos de parques eólicos irrumpiron na vida pública da comarca, en boa medida gracias a que os deu a coñecer o labor informativo deste periódico. As propostas iniciais, xa abortadas, reúnen razóns de sobra para seren desbotadas con rotundidade. Eran un despropósito e cabe desexar que non tivesen un encaixe legal. Non obstante, non deberían ter dado pé a un rexeitamento tan rotundo como o que asinan catro dos alcaldes da comarca. É evidente que se sitúan de parte da maioría social, cando menos da que alza a voz, e que en todo caso a decisión será da Xunta. Pero chama a atención que non houbese pronunciamentos así cando se instalaron industrias realmente contaminantes. Urxe acordar ubicacións razoables, non lesivas, para os aeroxeradores. Todo o demais será cuspir contra o vento.

Sección de chíos, murmuracións e faladorías pilladas polo aire, unhas máis certas que outras

Que ninguén pense nunha pugna xeneracional, o conto é outro ben diferente. A máis de dous e de tres dálles medo a mesma mención dunha hipótese así porque temen que se abran conflictos soterrados, venganzas pendentes e axustes de contas mal pagadas. Por iso trataron de maquillar o propio escenario, de aparentar que o voo se producía nun ceo diferente ao real. Fallou algo desde os ensaios ata a posta en escea? Meteuse algunha ave polo medio? Non houbo suficiente coordinación? Tragarían? Por moitas respostas pendentes que haxa, por moitas dúbidas que se sementen, o fío común é que todos tratan de poñer a salvo as súas plumas. Uns porque non teñen proveito ningún de axitalas ao aire e outros porque temen que llelas arranquen se non as moven. O caso é que en privado uns son sinceros e non renegan e outros botan contas.

Non hai que esquecer que os números son xenerosos e que os niños tampouco están tan sobrados. Así que o exercicio consiste en pedir crédito de confianza sobre a terra e confiar no crédito -hipotecario e con bos xuros- sobre o ceo. Si, arrimando ben no que realmente pode aproveitar. Houbo moita cara rara ao coñecer a posible incorporación dunha nova ensalada ao menú dos paxaros. Son caras hipócritas porque en realidade coñecen ata os cociñeiros e manexan incluso parte da receita. E deberían lembrar que todas as probas están sendo fóra de carta e cos debidos controis hixiénicos. Retornou o paxaro non madrugador ao terreo fluvial. Outro actor de carallo. Sabe que a súa interpretación é fulera pero a pouco que lla

aplaudan ben lle chega para subirlle o ego e a imaxe pública. Falso, todo falso. Sen decoro ningún. E por riba a costa da carteira, propia e allea. Como figurante perdeu toda credibilidade. Xa a perdera hai moito, pero mantiña a actuación. Nin o guion, que estaba ben marcado, respectaba. Unha estratexia de autodefensa fallida para unha autosatisfacción falsa. Por último un aviso a todas as aves, sexan preponderantes ou en risco de extinción. Se nas últimas semanas estiveron en situacións de risco deberían saber que hai imaxes dos feitos rexistradas por procedementos mecánicos ópticos homologados. E xa non están a bo recaudo, senón que circulan por ámbitos nada recomendables, traizoeiros, en espera do mellor postor. Poden supoñer suculentos beneficios. E tristuras.


CRร NICAS

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

Crรณnicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Tameiga. Peche de ediciรณn: 25-05-2018. Depรณsito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.