MESÍA
ORDES
Protesta contra os recortes da Xunta no CPI de Xanceda
O PP e os ex de UXO aproban xuntos o orzamento Páx. 4
Páx. 7
leisynegocios@leisynegocios.com
981 10 40 10
CRÓNICAS Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 54 - Xuño de 2018
Gas Natural Fenosa desvela o 28 se apaga a térmica de Meirama Este xoves 28 de xuño é o día no que Gas Natural Fenosa ten previsto dar a coñecer se pecha a central tér-
mica de Meirama ou se pola contra a adapta á nova normativa europea de contaminación e segue funcionando
despois de 2020. A compañía eléctrica presentará este xoves en Londres o seu plan estratéxico 2018-2022, no que
define o futuro das súas centrais de carbón. Na comarca hai en xogo máis de 200 emPáx. 3 pregos directos.
A fuga rematou en Sigüeiro
COMARCA
A Xunta aínda non emitiu informes de Inxerio e Gasalla Páx. 2
CERCEDA
A nova planta de envases de Sogama xa está en probas Páx. 6
ORDES
Controversia polo trazado da senda peonil nas Casillas Páx. 8
Os comerciantes cren que hai seguridade pero piden máis vixilancia nocturna tras o atraco á xoiería Alfonso
OROSO
Páx. 5
A parcelaria bota a perder o roteiro dos muíños Páx. 10
2
CRÓNICAS - Xuño 2018
ACTUALIDADE COMARCA Por incumprir distancias, aínda que a empresa xa renunciou a eles
A Xunta emite informe contrario aos proxectos eólicos de Ardemil e da Pobra A Consellería de Economía, Emprego e Industria emitiu informe negativo sobre os proxectos de parques eólicos Ardemil e A Pobra, que afectaría sobre todo aos municipios de Ordes e de Mesía. As dúas iniciativas, duns 52 MW cada unha, pertencen á empresa Green Capital Power, que xa renunciara a elas no inicio da súa tramitación, antes incluso de darse a coñecer o informe autonómico. O contido do documento explicóullelo o director xeral de Enerxía e Minas da Xunta, Bernardo Tahoces, aos alcaldes de Frades, Mesía e Ordes, nunha reunión na que acordaron manter “colaboración institucional” durante a tramitación dos proxectos, que causan un importante rexeitamento social e político na contorna. A razón esencial de que o informe resulte negativo é que boa parte dos aeroxeradores previstos non cumprirían coas distancias mínimas a vivendas e instalacións previstas no Plan Sectorial Eólico de Galicia. Precisamente era unha das principais críticas que recibían os proxectos. MONTE INXERIO E GASALLA Sen embargo, a preocupación agora xa se centra noutros dous proxectos da mesma empresa: o de Monte Inxerio, en Ordes e con afección a Cerceda, e o de Gasalla, en Xanceda (Mesía) e Abellá (Frades). Son de menor envergadura e serán tramitados pola vía autonómica, a
Reunión dos alcaldes de Frades, Mesía e Ordes co director xeral de Enerxía e Minas
diferencia dos suspendidos da Pobra e Ardemil, que seguían cauces ministeriais. A pesar do interese amosado polos tres rexedores, o director xeral afirmou que sobre Monte Inxerio e Gasalla a Xunta aínda non analizou nin o seu impacto para elaborar un informe favorable ou desfavorable. Tahoces revelou, en cambio, que son proxectos que non se consideran de interese especial, de maneira que non terán que estar activos en 2020. Os alcaldes Roberto Rey, Mariano Iglesias e José Luis Martínez expuxéronlle ao cargo autonómico a súa declaración institucional conxunta, na que tamén participa Oroso, contraria á instalación de parques eólicos nos seus territorios. O documento
rexeita os prexuízos que, segundo os Concellos, afectarían “gravemente ás propiedades da veciñanza, así como á súa calidade de vida, saúde, á paisaxe, á avifauna...”, afirman os tres Concellos, que solicitaron que a Consellería os exclúa do Plan Eólico de Galicia. Sobre esta petición non trascendeu o posicionamento da Xunta. NA UNIÓN EUROPEA Mentres tanto, a eurodeputada Lidia Senra denunciou ante a Comisión Europea que os proxectos eólicos “van contra o interese xeral da zona” e avisou aos gobernos de que “non vale acabar co rural produtivo coa escusa dos obxectivos europeos de enerxía renovable”.
Comuniones 2018
Máis de 1.600 sinaturas presentadas polo cura de Visantoña A autodenominada ‘Coordinadora contra a implantación de parques eólicosna comarca de Ordes’ informou de que Gumersindo Campaña Ferro, cura das parroquias de Visantoña e doutras parroquias de Mesía e de Cesuras, presentou alegacións contra o proxecto de parque eólico da Pobra co respaldo de 1.639 sinaturas opostas á implantación de parques eólicos e de novas liñas de evacuación eléctrica na zona. As alegacións presentáronse na fase de consultas previas da tramitación dos proxectos, se ben a empresa xa renunciara a eles. En cambio, a coordinadora considera necesario presentalas porque na web do Ministerio o proxecto continuaba exposto e porque cre que os gobernos central e autonómico “deben saber que na comarca hai unha forte preocupación e oposición a proxectos deste tipo”. Pola súa parte, o BNG de Ordes propuxo que a modificación do Plan Eólico de Galicia, ademais de excluír os municipios de Frades, Mesía, Ordes e Oroso, ampliase as distancias dos aeroxeradores aos solos de núcleo rural, urbanizable ou urbano, que na actualidade están en 500 metros. Xustifícano nas dimensións dos aparatos actuais. Tamén reivindicaron figuras de protección para a contorna da Capela do Socorro (Vilamaior).
3
CRÓNICAS - Xuño 2018
ACTUALIDADE CERCEDA A presentación do seu plan estratéxico en Londres rematará coa incertidume sobre o futuro da central
Gas Natural Fenosa desvelará este xoves 28 se a térmica de Meirama pecha ou continúa tras 2020 Este xoves 28 de xuño saberase se a central térmica de Meirama pecha ou continúa funcionando despois de 2020. A súa propietaria, a empresa Gas Natural Fenosa, vai presentar nesa xornada ante os invertidores en Londres o seu plan estratéxico 20182022. O documento definirá as liñas básicas de traballo da compañía para os vindeiros anos e determinará tamén o futuro doutras plantas da compañía en León e Asturias. Para que Meirama poida seguir queimando carbón despois de 2020 a central tería que adaptarse ás novas normas europeas que obrigan a unha forte redución de emisións contaminantes. Gas Natural Fenosa debería afrontar un desembolso de entre 100 e 120 millóns de euros. As obras contan co proxecto técnico elaborado pero a súa execución leva xa máis dun par de anos en dúbida. De seguir adiante, terían que empezar canto antes para poder telas rematadas a tempo en 2020. E se a decisión é non seguir adiante produciríase un forte impacto econó-
licia, a das Pontes, propiedade de Endesa, si ten o seu futuro garantido ata 2045. As obras de adaptación xa se están acometendo cun investimento duns 220 millóns de euros que reducirá nun 70% as emisións de dióxido de xofre, en máis do 60% os óxidos de nitróxeno e nun 80% a emisión de partículas.
A térmica precisa investir máis de 100 millóns de euros para rebaixar as emisións
mico tanto en Cerceda como na contorna. A central, que funciona desde o principio da década dos oitenta do século pasado, supera as duascentas persoas empregadas na propia empresa e en auxiliares. Pero hai decenas de empregos máis que dependen
de que a planta continúe producindo electricidade. Desde hai dez anos utiliza exclusivamente carbón de importación, tras o agotamento da mina de lignitos das Encrobas, hoxe reconvertida en lago artificial. A outra térmica situada en Ga-
DESCARBONIZACIÓN Aínda que se descoñece cal será a decisión final de Gas Natural Fenosa -o pleno de Cerceda solicitoulle hai varios meses que executase as obras-, o certo é que cada vez hai máis factores que fan pensar na detención da actividade de Meirama. Entre eles, a aposta política estratéxica pola descarbonización da economía que tanto a Unión Europea como o novo goberno central semellan querer acelerar. A ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, comprometeuse a que o proceso sexa xusto sen deixar de lado nin os traballadores nin os territorios afectados.
4
CRÓNICAS - Xuño 2018
ACTUALIDADE ORDES Os tres exconcelleiros de UxO, agora non adscritos, apoian o PP nas contas, de 10,1 millóns de euros
A nova maioría aproba o orzamento de 2018 O debate dos orzamentos de 2018 no Concello de Ordes serviu para confirmar definitivamente a alianza, cando menos tácita, entre o goberno local (PP) e tres exconcelleiros de UxO, agora non adscritos: Roberto González, Luis Gómez e Ramón Vázquez. En conxunto suman nove, a maioría absoluta exacta coa que o executivo agora pode sacar adiante as grandes cuestións. Non sucedera así en boa parte deste mandato, con continuos movementos, marchas e realiñacións nas dúas principais forzas da centrodereita local. Con todo, as contas para este ano tiveron que agardar ata comezos de xuño para seren aprobadas. Suman uns 10,1 millóns de euros, un 11% máis que o exercicio previo. O maior capítulo de gasto son os bens correntes e servizos que a Administración utiliza no seu funcionamento diario. Son máis de 3,85 millóns de euros. A investimentos van 2,7 millóns de euros, dos que 680.000 son fondos propios do Concello e o resto achégano outras Administracións. O terceiro capítulo de gasto é o persoal, que consume 2,1 millóns de euros. O goberno utilizou un informe técnico para definir os orzamentos como “reais e equilibrados” e des-
Intre no que se aproban os orzamentos do Concello de Ordes para 2018, cos seis edís do PP apoiados polos tres ex de UxO
tacou que se manteñen os servizos esenciais á vez que se contén o gasto para proseguir co saneamento financeiro do Concello. Tamén fixo fincapé nas partidas dedicadas a políticas sociais, cultura e deporte, e para a promoción económica. UxO votou en contra porque os orzamentos non prevén diñeiro para renovar as canalizacións de fibrocemento do abastecemento e do saneamento, para emprego ou para mellorar as instalacións educativas e os servizos sociais.
O BNG botou en falta medidas para frear a perda de poboación do municipio, así como investimentos para mellorar a eficiencia enerxética, o illamento térmico, os vestiarios e os pavimentos de xogo dos pavillóns deportivos. Tamén criticaron que non se inclúa diñeiro para mercar os terreos nos que ampliar a depuradora de residuais ou a posta en marcha do viveiro de empresas. E viu “infladas” consignacións externas como os 600.000 euros para o futuro centro sociocomunitario.
Deciden as obras que se financiarán con 655.500 euros do superávit municipal do exercicio pasado A mesma sesión plenaria que aprobou os orzamentos deulle luz verde tamén a unha serie de obras que se custearán con 655.500 euros procedentes do superávit municipal do pasado 2017. Os proxectos que se acometerán con estes fondos son o abas-
tecemento na rúa de Galicia e o arranxo de beirarrúas e unha pavimentación na rúa dos Lagartos, obras de humanización na zona do cemiterio do Piñeiro, a construción dunha senda peonil nas Casillas pola marxe dereita da N-550, a instalación dun parque infantil cu-
berto no Campo da Feira e o acondicionamento do local social situado na Rúa, na parroquia de San Paio de Buscás. Todos os grupos respaldaron a proposta, a non ser a abstención dos nacionalistas. O Bloque amosou a súa disconformidade coa es-
A non adscrita Beatriz Martínez xustificou o seu rexeitamento en que os orzamentos “chegan tarde” e, entre outras, na carencia de fondos para reparar a iluminación pública. O concelleiro socialista, Alejandro Manteiga, foi o único que se abstivo. Viu “escasas” as contías para mellorar a rede de abastecemento de auga, para axudas ao deporte ou para reparar os sumidoiros e o pavillón do Mesón do Vento. Si recoñeceu o incremento das axudas para material escolar e servizos sociais. tética escollida para a cuberta do parque no Campo da Feira, ou o trazado plantexado na senda peonil nas Casillas. O conxunto do superávit foi de 1.039.000 euros e a operación conta co informe favorable dos técnicos municipais. Por outra parte, nos propio s orzamentos recóllense 165.000 euros para amortizar débeda. É diñeiro procedente do Plan de Obras e Servizos POS + 2018, que promove a Deputación da Coruña.
5
CRÓNICAS - Xuño 2018
ACTUALIDADE ORDES Consideran “puntual” o atraco á xoiería Alfonso e en xeral non perciben unha sensación de inseguridade
Os comerciantes de Ordes piden un reforzo da vixilancia policial en horario nocturno A asociación de comerciantes de Ordes considera que non hai un problema de inseguridade en Ordes e define como “un caso puntual” o recente atraco á xoiería Alfonso, resolto en poucos minutos coa detención dos autores. Non obstante, a entidade que agrupa un gran número das firmas comerciais do municipio si reclama un reforzo da vixilancia das forzas de seguridade públicas en horario nocturno. A súa portavoz, Ana Hervés, explica en declaracións a Crónicas que “nese horario a Policía Local practicamente non está e a Garda Civil ten unha área tan grande que nós cremos que non pode estar todo controlado porque fisicamente é imposible”. Por iso, ven necesario un aumento dos axentes locais para que puidesen reforzar o seu servizo tamén en horario nocturno. SETE DETIDOS Esta reivindicación prodúcese despois do preocupante atraco su-
frido pola xoiería Alfonso, no centro da vila, a finais de maio. Cando o establecemento estaba próximo á hora de peche, tres homes entraron a cara descuberta e con armas que despois se comprobaría que eran falsas. Obrigaron aos clientes a tirarse ao chan e quitáronlles os móbiles, á vez que forzaron aos responsables da tenda a entregarlles todas un gran número de artigos de elevado valor. En cuestión de minutos xa estaban fóra. Fuxiron nun vehículo onde os agardaban outras dúas persoas. Instantes despois, unha patrulla da Garda Civil que pasaba pola zona acudiu á xoiería pensando que se trataba dun incendio. Ao constatar o que pasaba, deu aviso aos seus compañeiros e á Policía Local e iniciouse unha persecución que remataría coa detención pasado Sigüeiro. Suponse que os atracadores tiñan preparado outro vehículo na zona entre Montaos e Deixebre para proseguir a súa fuxida. Pero debeu de ter algún percance e trastocou o plan.
Os atracadores foron perseguidos pola N-550 e detidos tras pasar Sigüeiro
Foi abandonado por dúas persoas, unha delas unha rapaza menor de idade, que emprenderon a marcha a pé antes de seren detidas. Mentres tanto, o Passat branco no que trataban de fuxir as outras cinco persoas seguía o seu camiño pola N-550. Antes de chegar a Sigüeiro, o despregue da Garda Civil e da Policía comezou a neutralizalo coa colocación de cravos na estrada.
Pese a ter as rodas pinchadas, a persecución continuaba e houbo situacións de risco cando o coche estivo a punto de bater cun vehículo policial no centro da capital de Oroso. Non moi lonxe, case á altura do cuartel de Sigüeiro, o periplo rematou. As forzas de seguridade lograron cortarlle o paso ao coche. Os detidos, salvo a menor, están en prisión e á disposición xudicial.
6
CRÓNICAS - Xuño 2018
ACTUALIDADE FRADES
O PSOE reclamou iluminación e a mellora dos accesos á área recreativa da Presa
FRADES
CERCEDA
A nova planta de recuperación de envases de Sogama estará a pleno rendemento en decembro
Imaxe do vial difundida polo PSOE
O PSdeG-PSOE de Frades reclamou o acondicionamento dos accesos á área recreativa da Presa, preto da Pontecarreira, co propósito de que as persoas que tratan de acudir ao espazo natural para bañarse ou pasar a xeira teñan as máximas facilidades para pasar cos seus vehículos. Ademais piden alumeado. Os socialistas, que de momento non contan con representación na corporación municipal, aseguran que se trata dunha demanda veciñal que xa trasladaron ao Concello e “o goberno do PP fixo oídos xordos”. Por iso, insistiron en que se interveña canto antes, posto que no verán aumenta o número de visitas.
TRAZO
Os socialistas poñen en dúbida a legalidade do cobro de dietas por parte do alcalde desde 2014 Os socialistas de Trazo poñen en dúbida a legalidade do cobro de dietas por parte do alcalde, José Dafonte, entre 2014 e 2017. Pídenlle que xustifique documentalmente gastos de case 29.500 euros e, de non poder facelo, que reintegre tal diñeiro ás arcas municipais. Beatriz Domínguez, portavoz local do PSOE, expuxo que trasladaron o asunto ao Valedor do Pobo e ao Consello de Contas de Galicia porque o rexedor non lles facilitara ningunha factura ou ticket que acredite as dietas dos últimos catro anos. Segundo os socialistas, hai gastos que “non son cribles” porque coinciden con plenos ou fins de semana. Domínguez matiza que “non estamos en contra de que o alcalde cobre as dietas que lle correspondan polo seu traballo, pois está no sei dereito”. Pero piden que se xustifiquen con documentos. E advirten que os gastos en dietas de Dafonte subiron un 142% desde que entrou en vigor a lei que fixou topes para as retribucións de alcaldes e edís.
Visita da conselleira de Medio Ambiente ás instalacións de Sogama en Cerceda
As obras da planta de Sogama para a recuperación de envases na bolsa negra rematan este mes de xuño e, tras un período de probas, a finais de ano as novas instalacións estarán a pleno rendemento. Así se desvelou durante unha visita da conselleira de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Beatriz Mato, ao complexo da empresa en Cerceda. Noutra fase, acométese a remodelación da planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible. Neste caso, cóntase con que estea rematada a finais de 2019. Entón “Sogama converterase nunha das infraestruturas industriais das súas características máis grandes e eficientes do planeta”, segundo proclama o departamento autonómico de Medio Ambiente. Beatriz Mato manifestou que desde 1999 Sogama procesou na súa planta de clasificación máis de
314.000 toneladas de envases recollidos nos colectores amarelos, ademais de 185.000 procedentes da bolsa negra, na que se atoparon materiais susceptibles de seren reciclados. Neste caso, non foran seleccionados en orixe polos cidadáns e poden reintegrarse ao circuíto comercial cunha nova vida, segundo a Xunta. Nesta liña, o obxectivo da planta que se remata en xuño é multiplicar por catro a cifra de tratamento do lixo doméstico. A pretensión é acadar o envío de 120.000 toneladas de materiais recuperados para enviar aos centros de reciclaxe. Con ese incremento, podería reducirse “o uso do vertedoiro a mínimos” e lograr o chamado vertido técnico cero. Isto suporía remitir ao vertedoiro unicamente a parte do lixo que non se poida reciclar nin valorizar material ou enerxeticamente.
Crónicas Somos vento a favor para o teu negocio Contrata a túa publicidade no 617 917 130
Tramitan o proxecto de mellora de beirarrúas na Pontecarreira, que sufragará a Deputación O pleno municipal de Frades tramita o proxecto para o acondicionamento das beirarrúas que van desde o centro da Pontecarreira e o colexio, no que a Deputación da Coruña investirá case 199.000 euros. A corporación validou o documento por unanimidade. Entre os compromisos do Concello, figuran poñer á disposición da Deputación os terreos necesarios para a obra e asumir o mantemento e conservación das beirarrúas cando estean acabadas. Son uns 1.360 metros de beirarrúa nas dúas marxes. Por outra parte, na mesma sesión aprobouse unha solicitude conxunta cos Concellos de Mesía e de Ordes para que a Xunta repare a estrada AC-524, entre Ordes e Lanzá. O vial presenta numerosos desperfectos, que foron a máis nos últimos meses e que condicionan a seguridade no tráfico. A intención dos tres Concellos é trasladarlle o problema directamente á conselleira de Infraestruturas, para o que piden unha reunión con ela.
OROSO
A Deputación completará o tramo que falta na senda peonil desde Sigüeiro ata Vilarromariz A Deputación concluirá a senda peonil entre Sigüeiro e Vilarromariz, en Oroso. Será co investimento duns 100.000 euros nos 700 metros do tramo que falta, entre A Fálmega (A Gándara) e Vilarromariz. Deste xeito, a estrada provincial continuará cun itinerario seguro para desrpazarse a pé desde a capital municipal de Oroso, pasando polas inmediacións da urbanización Porto Avieira e chegando ata a parroquia de Vilarromariz. O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, explicou que esta obra “era unha demanda veciñal que desde o Concello trasladamos á Deputación, non foi atendida cando o PP gobernaba alí, pero agora sae adiante cun goberno socialista”. Mirás afirma que entre as prioridades do seu goberno está mellorar a comunicación de Sigüeiro coas parroquias, sobre todo en viais moi transitados. Engade que Oroso é un dos municipios galegos con máis sendas peonís, que superan os seis quilómetros de lonxitude.
7
CRÓNICAS - Xuño 2018
ACTUALIDADE MESÍA Acusan á Xunta de ir contra o rural e atentar contra a educación de calidade
ORDES
Mesía protesta contra o recorte dun mestre de primaria no CPI de Xanceda
Os socialistas reclaman retirar as cubertas con amianto en todos os colexios do municipio
Coas vacacións chamando a porta, a Xunta comunicou que o vindeiro curso 2018-2019 o CPI de Xanceda, en Mesía, contará cun mestre menos de primaria. O recorte obriga a que o alumnado de primeiro e segundo curso de Primaria teña que compartir aula cunha única mestra. A decisión do goberno de Núñez Feijoo xerou un forte rexeitamento por parte dos pais e nais, que contan co apoio do Concello de Mesía. Tamén o claustro de profesores do colexio se posicionou contra a medida. Todos coinciden en que supón un grave retroceso nas posibilidades de ofrecer unha educación de calidade. Para reducir un mestre, a Xunta alega que falta un neno, só un entre os dous cursos, para cumprir a ratio. A medida é calificada de “inapropiada, aínda que na normativa estea estipulada así” por parte da ANPA, que recolle sinaturas reclamando que Educación rectifique e haxa cando menos un profesor-titor por curso. Nunha liña semellante, a concelleira de Educación de Mesía, Pi-
Unha das cubertas no Castelao
A protesta dos pais e nais está apoiada polo Concello e polos profesionais do centro
lar Sánchez Ulloa, dirixiu un escrito á Consellería no que lle recorda que nos cursos afectados hai tres casos de necesidades educativas especiais, polo que se pregunta “como non poden contar estes tres nenos tanto como a falta dun so alumno para manter os dous grupos”. Tanto a ANPA como o goberno de Mesía piden que a Xunta utilice o “sentido común” e que “tome unha decisión baseada na calidade do en-
sino e non nos números”, demostrando que o seu apoio ao rural non queda nun simple eslógan. O claustro de profesores e profesoras do CPI trasladou un escrito á inspectora da zona manifestando o seu desacordo. Lembran que o centro xa perdeu varias especialidades nos últimos anos, entre elas pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe, o que supón unha “desvantaxe” para o alumnado do centro.
Os socialistas de Ordes pretenden que se retiren todas as cubertas con amianteo nos centros educativos do municipio. Nunha moción que podería tratarse no vindeiro pleno municipal, propoñen que o Concello elabore un inventario deste tipo de cubertas en centros educativos e edificios municipais para logo retiralas. O PSOE expón que cubertas de uralita ou fibrocemento como as do CEIP Castelao ou as de FP do IES-1 están moi deterioradas e as fibras de amianto “altamente canceríxenas” están “sobrevoando e contaminando o aire do centro escolar”. A iniciativa tamén irá ao Parlamento de Galicia.
8
CRÓNICAS - Xuño 2018
ACTUALIDADE ORDES
ORDES Discrepan sobre a seguridade do trazado previsto no proxecto
Demandan no Parlamento que a Xunta repare o pavillón do CEIP Castelao no verán
PP e BNG discuten polas condicións técnicas da senda peonil das Casillas
Os socialistas presentaron unha serie de iniciativas no Parlamento de Galicia para emprazar á Consellería de Educación a reparar o pavillón pertencente ao Colexio de Educación Infantil e Primaria Castelao, en Ordes. Segundo din, o inmoble presenta carencias estruturais que supoñen problemas de humidades e de illamento e dificultan con frecuencia a súa utilización polos escolares. A intención das propostas é que a Xunta aproveite as vacacións escolares do verán para acometer as obras necesarias sen interferir despois no desenvolvemento da actividade lectiva. O pleno municipal xa aprobara en marzo por unanimidade unha moción, tamén presentada polo PSOE, sobre o tema. O feito de que pasasen varias semanas sen percibir medidas por parte da Xunta fixo que os socialistas decidisen presionar polas obras na cámara autonómica.
O BNG e o PP de Ordes sosteñen unha lea dialéctica cun tono por momentos un tanto estridente a raíz das garantías de seguridade na senda peonil proxectada a carón da N-550 na zona das Casillas e que custeará o Concello con fondos propios. Os nacionalistas consideran que o proxecto debe ser modificado, de maneira que a senda vaia sempre polo exterior das vías de servizo. Afirman que a previsión de que a senda se sitúe nalgúns puntos entre a N-550 e a vía de servizo implica serios riscos para a seguridade do tráfico rodado da estrada e das persoas que utilicen a senda. O Bloque advirte ademais de que a obra podería chegar a ser paralizada por Fomento, que nun escrito dirixido ao Concello condiciona os traballos a que a senda se execute polo exterior das vías de servizo. O PP replicou que a seguridade da senda ten garantías “por partida dobre”, tanto por quen elaborou o proxecto como pola revisión dos técnicos do Ministerio. En conxunto su-
OROSO
ORDES Os dous son estudantes de Formación Profesional do IES-1 de Ordes
Novas oficinas en Sigüeiro do servizo de augas, que atenderá averías as 24 horas
Adrián del Río e Juan Cores gañan o concurso de técnicos en automoción
Apertura da nova oficina do servizo
O servizo de auga de Oroso estreou instalacións na Rúa Rosalía de Castro en Sigüeiro. Ademais, presentou novas atencións aos usuarios, que xa suman unhas 3.000 vivendas. A empresa Viaqua, concesionaria do servizo, ofrecerá atención a avarías as 24 horas nun centro de atención telefónica. Mediante unha aplicación, os usarios tamén recibirán no seu móbil información sobre cortes na subministración por incidencias. Ademais, está previsto un programa educativos nas aulas de Primaria do municipio para explicar as características do servizo e ofrecer educación ambiental.
Dous alumnos do Centro de Formación Profesional do IES-1 de Ordes obtiveron os primeiros premios do XV Concurso de Técnicos Novos en Automoción, outorgados pola Fundación Comforp. Trátase de Adrián del Río Fuentes, que acadou o primeiro premio, e Juan Cores Juncal, segundo, os dous na categoría de electromecánica. As probas tiveron lugar en Madrid. Competiron con outros catro estudantes procedentes de Madrid e de Cuenca. Tiveron que afrontar exercicios como a solución de avarías ou a resolución de maquetas. Ademais do recoñecemento que supón no sector este premio, os gañadores obtiveron lotes de produtos das diferentes empresas que patrocinan o concurso, xeralmente fabricantes de automóbiles e firmas de pezas, recambios e equipamentos do sector. Non é a primeira vez que a FP de Automoción de Ordes acada importantes recoñecementos. Hai un par de anos xa obtivera un premio da
Zona do conflicto, que o BNG considera vía de servizo e o PP acceso privado
pervisarán o replanteo previo e a execución das obras. A formación que respalda o alcalde afirma que o Bloque trabúcase ao entender como vía de servizo o que sería “o acceso propio dunha instalación privada”, en referencia á estación de servizo da zona. No que respecta á polemización, o PP cre que as críticas do BNG se de-
ben á “carraxe” e a que “está molesto porque o Concello execute obras demandadas polos veciños”. Os nacionalistas insistiron en que o proxecto debería ser corrixido e afirmaron que a réplica do alcalde é “infantil e autoritaria, sobre todo ao verse arroupado por tránsfugas, o que lle impide unha valoración obxectiva dos erros”, manifestaron.
Entrega dos premios aos dous alumnos de FP de Automoción do IES-1 ordense
Xunta, dotado con 3.000 euros, pola elaboración dunha maqueta didáctica a escala dun motor. E este ano os estudantes do centro quedaron en cuarto lugar no mesmo certame, no que continúan presentándose.
No caso dos premios Comforp, a organización quere promover os estudos relacionados co mantemento de vehículos e co transporte, estimulando o profesorado e o alumnado e potenciando a investigación.
CRÓNICAS - Xuño 2018
9
PUBLICIDADE
NOVA DIRECCIÓN!!! PZA. DO CONCELLO PORTAL 3 5ºJ
10
CRÓNICAS - Xuño 2018
ACTUALIDADE COMARCA
OROSO O alcalde revela que a parcelaria deixou ao Concello sen acceso ao roteiro
En vigor a lei que obriga ás empresas a tramitar por vía electrónica as xestións cos Concellos
Controversia entre o goberno e o PP polo estado do roteiro dos muíños
Desde o pasado 1 de xuño, as persoas xurídicas que precisen realizar un procedemento administrativo na Administración local terán que efectualo a través de canles electrónicas. A lei do procedemento administrativo común das administracións públicas, aprobada en 2015, obriga a non admitir documentos presentados de xeito presencial por parte das persoas xurídicas. A novidade foi divulgada por algúns Concellos, como é o caso de Ordes, que lamentou as molestias ocasionadas “nun primeiro momento” polo novo sistema, se ben ofreceu a predisposición do persoal público que traballa no Concello para tratar de resolver calquera dúbida ou incidencia. En canto ás persoas físicas, a mesma norma permítelles escoller relacionarse coa Administración por vías convencionais ou por medios electrónicos, a non ser que a Administración decida modificar o sistema.
O goberno de Oroso, en mans do PSOE, e o PP, como principal forza da oposición, entraron en controversia por mor do estado no que se atopa o roteiro dos muíños, que atravesa durante oito quilómetros as parroquias de Cardama, Senra e Vilarromariz. O PP, a través do seu portavoz Alexander Doval, advertiu que o itinerario está en “completo abandono” por “falta de mantemento e limpeza”, o que o fai “case intransitable” pola gran proliferación da maleza. O grupo da oposición acusou ao executivo de caer nunha “desidia imperdoable”, que impide aproveitar o potencial turístico do roteiro, creado xa hai unha década. Para Doval, o rexedor mentres “segue sen mover un dedo e sentado na súa poltrona”. O alcalde, Manuel Mirás, replicou acusando ao PP de “descoñecemento”. Revelou que a concentración parcelaria deixou o Concello sen acceso aos terreos do roteiro. “Unha vez máis, Doval intenta atallar para intentar chegar á Alcaldía, pero men-
Estado dun dos muíños polos que atravesaba o antigo roteiro de vocación turística
tir non parece a mellor maneira de conseguilo”, afirmou Mirás. Ao quedar desafectados os antigos camiños, o único acceso ao roteiro sería pola beira dos regos. Segundo o alcalde, nin Patrimonio nin Augas de Galicia permitiron deixar un acceso directo na concentración. O alcalde recomendoulle de novo
ao portavoz do PP comunicarlle ao Concello as deficiencias que atope antes de acudir aos medios de comunicación se quere colaborar lealmente “pero o afán de protagonismo de Doval non o deixa ser unha persoa cabal”, agrega Mirás, que defende o posicionamento turístico acadado nos últimos anos.
TORDOIA
OROSO
A Xunta reclama unha redución do solo de núcleo urbano para aceptar o Plan Xeral de Tordoia
Xosé Manuel Pérez Penas cesa tras once anos como concelleiro
A Xunta reclama unha redución do solo de asentamento de núcleo urbano como condición para aprobar o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Tordoia. Así o desvelou a agrupación local do PSdeG-PSOE tras coñecelo nun recente pleno da corporación. Os socialistas pregúntanse “por que non se fixo antes” a redución deste tipo de solo. Lembran que o PXOM foi aprobado inicialmente hai unha década e aseguran que se a calificación do solo fose entón a axeitada “hoxe esa redución sería menor”. Os socialistas non ven xustificación a tanta demora para aprobar o plan, posto que “o planeamento de Tordoia debe de ser o máis doado da provincia”, sen que houbese grandes cambios no territorio nas últimas décadas, cos núcleos rurais moi semellantes
e os urbanos sin un crecemento desproporcionado. O PSOE afirma que desde 2008 di que o PXOM “non se adaptaba á realidade do concello” e lamenta que “non se nos fixo caso”. De todos os xeitos, consideran que “iso é o de menos” e que o realmente relevante é que “once anos despois vemos como o concello vai morrendo por non ter onde facer unha vivenda ou crear unha empresa cunha seguridade xurídica como calquera concello da comarca”, manifestan, á vez que califican como “irreponsabilidade” a práctica do “ti vai facendo que non pasa nada”, describen. A principal forza da oposición de Tordoia engade que o PXOM atopará novas trabas autonómicas no solo dos polígonos e en “deficiencias nos deslindes” e aventuran que volverá ser “denegado” por diversos conflictos.
O exedil recibiu unha homenaxe sorpresa por parte do BNG de Oroso
Xosé Manuel Pérez Penas renunciou á súa acta como concelleiro do BNG en Oroso, que mantiña desde as eleccións municipais de 2007. Vai ser sustituído por Diego Boquete. O exedil recibiu unha homenaxe sorpresa por parte do BNG. Asegurou que durante este tempo pretendeu “contribuír en todo momento a mellorar a vida da xente”.
Na etapa como tenente de alcalde, de 2007 a 2011, destacou avances nas concentracións parcelarias, no abastecemento e saneamento ou o reforzo da subministración eléctrica nos polígonos industriais. Nos últimos anos, xa na oposición “construtiva”, mencionou a atención a demandas veciñais como a pasarela do CEIP Oroso ou o peche do pavillón do CEIP Camiño Inglés.
11
CRÓNICAS - Xuño 2018
ACTUALIDADE ORDES Veciño de Montaos, de 31 anos, que ía como acompañante no vehículo
TORDOIA
Un falecido nun accidente en Oroso
Logran atopar con vida unha anciá da Pontepedra tras dúas noites fóra da casa
Un home de 31 anos, veciño de Montaos (Ordes), faleceu nun accidente de tráfico sucedido na noite do domingo 17 ao luns 18 de xuño. O coche no que viaxaba como acompañante envorcou nunha recta da N-550 a uns dous quilómetros de Sigüeiro (Oroso), cara onde se dirixían. Os servizos sanitarios de urxencia e os Bombeiros de Ordes acudiron a excarcerar a vítima, que xa falecera a causa do impacto. A protección metálica da estrada quedou seriamente
ORDES
Circulaba pola AP-9 con 1,55 mg/l de alcohol Tráfico abriulle unha investigación a un veciño de Arteixo, de 53 anos, que deu 1,55 e 1,45 mg de alcohol por litro de aire espirado nas dúas probas ás que foi sometido. O condutor botouse fóra co seu vehículo na AP-9 ao seu paso por Ordes, só con danos materiais. Ten antecedentes similares. Enfróntase a penas de prisión.
danada nas dúas marxes. O vehículo tería batido contra elas antes de envorcar. A Garda Civil anunciou a apertura dunha investigación sobre as circunstancias do sinistro para determinar cales foron as súas causas, así como posibles responsabilidades. OUTROS ACCIDENTES Aínda que este foi o accidente de circulación con consecuencias máis graves e lamentables, non foi o único
que se rexistrou na comarca nas últimas semanas. En Visantoña (Mesía), unha menor resultou ferida ao bater o coche no que se desprazaba con seu pai contra un autobús escolar e despois contra o peche dunha vivenda. E na rúa da Coruña, en Ordes, un coche alcanzou a outro que estaba estacionado, con danos materiais considerables. Veciños e veciñas da zona alertan das velocidades excesivas que a miúdo algúns vehículos acadan na rúa.
A desaparición dunha octoxenaria veciña da Pontepedra, en Tordoia, tivo un final afortunado. A familia perdeulle a pista na tarde do xoves 14 de xuño e non foi localizada ata a mañá do sábado, en bo estado. Estaba en Casais, aproximadamente a dous quilómetros da súa vivenda. A muller, que padece principios de Alzheimer, foi divisada por un helicóptero da Garda Civil que participaba no amplo operativo de busca. Nas tarefas, nas que colaboraron numerosos veciños e veciñas, traballaron tamén drons da Axega, efectivos de Protección Civil de Ordes, Val do Dubra, Carballo e Padrón, Policía Local, Bombeiros e cans de rescate. O alcalde de Tordoia, Antonio Pereiro, emitiu un comunicado de agradecemento tanto aos veciños e veciñas do municipio e de fóra como aos diversos servizos públicos que se implicaron “nunha extraordinaria mostra de solidariedade” que rematou en final feliz.
12
CRÓNICAS - Xuño 2018
ACTUALIDADE COMARCA
ORDES
Un ciclo de charlas informa sobre coidado de dependentes
Clausuran un curso de 800 horas sobre recursos homanos
O curso ofreceu formación e prácticas a quince persoas desde outubro Presentación do ciclo de charlas impulsado polo CIM, denominado ‘Cuidadanas’
Durante este mes de xuño ten lugar en Ordes un ciclo de charlas sobre os coidados das persoas dependentes e a atención que tamén precisan as persoas que as coidan, incluso en forma de autocoidado. Esta iniciativa, do Centro de Información á Muller (CIM) da Mancomunidade, conta coa colabora-
ción da Fundación Mujeres. O ciclo de charlas foi bautizado co nome de “Cuidadanas”. Son todos os venres de xuño entre as 10:30 e as 12:30 horas na aula de formación dos baixos da Alameda ordense. Para anotarse ou recibir máis información, cómpre chamar ao CIM ou acudir en persoa.
Chegou á súa fin un curso de xestión integrada de recursos humanos, que desde o pasado mes de outubro formou en Ordes a quince persoas. En total, recibiron 808 horas lectivas, con formación teórica e prácticas en empresas. O curso foi organizado en conxunto pola Xunta e polo Concello de Ordes. Na clausura do curso e en-
trega de certificacións e diplomas, a concelleira ordense de Traballo, Susana García, enmarcou esta iniciativa dentro das accións formativas para facilitar a inclusión laboral da veciñanza. García expuxo que o curso facilitou coñecemento teórico e tamén experiencia práctica, moi valorada por empresas á busca de novas persoas nos seus equipos.
ORDES
ORDES
Premian a Ordes polo seu alto nivel de doazóns de sangue
A Policía de Ordes recibe un recoñecemento en Culleredo
O premio entregouse coincidindo co Día Mundial do Doador de Sangue
Agradecemento por axudar a esclarecer o atropelo mortal no que o coche fuxiu
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia (ADOS) premiou o Concello de Ordes polo elevado nivel de doazóns que se rexistran no municipio. Ordes computou 753 doazóns en 2017, o que supón 59 por cada mil habitantes, cando a media galega está en 40.
A Policía Local de Ordes recibiu o agradecemento do alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, pola súa colaboración no esclarecemento dun atropelo mortal a principios de ano no Burgo. O xefe da policía ordense, Eduardo Rodríguez Regos, representou o corpo na condecoración
O premio entregouse nun acto no Día Mundial do Doador, no que se conmemoraron os vinte e cinco anos da creación do Centro de Transfusión de Galicia. O alcalde, José Luis Martínez, interpreta o premio como “recoñecemento á xenerosidade da xente de Ordes”.
a José Luis López, oficial de Culleredo que coordinou a investigación, na que colaboraron varios corpos locais, o departamento de Seguriade do BBVA e a ITV do Espíritu Santo. A indagación para dar co autor do atropelo, que se fugara, abrangueu máis de 8.000 vehículos.
13
CRÓNICAS - Xuño 2018
ACTUALIDADE ORDES
A apertura da piscina descuberta demorouse porque a chuvia impediu a súa posta a punto A piscina municipal descuberta de Ordes, situada na Rúa do Muíño, tivo que demorar ata o 22 de xuño a súa apertura para esta tempada de verán por mor da chuvia das últimas semanas, que impediu rematar a tempo os labores de mantemento e posta a punto das instalacións. Nun principio, estaba prevista a apertura para o 16 de xuño. Pero as condicións meteorolóxicas de finais de maio e comezos de xuño, con frecuentes chuvias, non permitiron nin o acondicionamento dos equipos nin o pintado de diversas zonas. O Concello de Ordes lamentou as molestias que o aprazamento da apertura ocasionou entre os usuarios e usuarias da piscina. Á vez, lembrou que se poden tramitar os carnés no departamento municipal de Deportes, a 20 euros todo o verán para persoas de dezaseis anos en diante e 12 euros para menores desa idade. Tamén se poden adquirir por meses, cun custo proporcional, ou entradas por días, a 1,50 euros para adultos e 1 euro menores.
TORDOIA
COMARCA
A Mancomunidade e a Cruz Vermella apoiarán a prostitutas
Manuel Viqueira e Roberto Rey, presidentes da Cruz Vermella e da Mancomunidade
A Mancomunidade de Ordes e a Cruz Vermella de Ordes asinaron un acordo de colaboración para desenvolver en toda a comarca o programa ‘Tecedoras’. Esta iniciativa pretende servir de apoio a mulleres que exerceran ou que continúen exercendo a prostitución, co propósito de facilitar a súa integración social. O pro-
grama ofrece axuda en aspectos como a subministración de alimentos, servizos e atención sanitaria ou a tramitación de documentación en distintas administracións. As tarefas serán acometidas por persoal da Cruz Vermella e do CIM de Ordes. O programa está financiado pola Obra Social de LaCaixa.
O intento de asalto a unha vivenda deixa unha persoa ferida e os dous atracadores fugados O intento de asalto a unha vivenda en Gorgullos (Tordoia) deixou un veciño ferido e os dous homes que presuntamente intentaban roubar fuxidos. Os dous individuos foron sorprendidos no interior do inmoble nada máis comezaran a acceder. Estaban encapuchados e pénsase que portaban unha arma eléctrica. Segundo as explicacións ofrecidas pola testemuña, podería ser un percutor tipo ‘taser’. En canto foron descubertos, marcharon do lugar a pé e despois subiron a unha furgoneta branca en dirección á Pontepedra, a capital municipal de Tordoia. Non conseguiron roubar nada, cando menos segundo a información que trascendeu. No transcurso dos feitos, o veciño resultou ferido de carácter leve, cun golpe na cabeza tras caer ao chan. Segundo a descrición que ofreceu, os atracadores eran homes cunha estatura aproximada de 1,65 m e complexión forte. Un deles sería rubio e co pelo longo.
OROSO
ORDES
A biblioteca municipal elabora e distribúe un mapa do Camiño
Reabre ao público na zona do Paraíso o parque Pilar Martínez
A Biblioteca Pública Municipal de Oroso distribúe un mapa ilustrado do Camiño Inglés entre a poboación escolar, elaborado cun considerable sentido pedagóxico. O documento, iniciativa do departamento municipal de Cultura, entregouse en todas as clases de quinto e sexto de Primaria dos dous colexios de Sigüeiro. Con deseño de Manuel Pazos e ilustracións de Xan Ferreiro, serve para que o alumnado coñeza o itinerario do Camiño Inglés e o patrimonio que hai á súa beira. Deste xeito, aproveitando o seu tamaño A3, incorpora ilustracións de elementos como a Fonte da Santiña, os castros de Vilalbarro e de Vilares, o reloxo de sol da antiga rectoral de Deixebre, a vila de Sigüeiro ou a ponte sobre o río Tambre. Ademais da poboación escolar, todas as persoas interesadas en obter o mapa poden recibilo de balde acudindo ás instalacións da propia Biblioteca Pública Munici-
O mapa editouse en formato A3
pal, no centro cultural de Sigüeiro. A acollida entre os nenos e nenas e entre o profesorado foi moi satisfactoria, ao constituír un recurso pedagóxico atractivo, probablemente único en todos os municipios que conforman o trazado do Camiño Inglés.
No parque, preto do Castelao, interviu persoal do obradoiro de emprego
O parque infantil Pilar Martínez Viqueira, situado na zona do Paraíso (Ordes), volve estar aberto ao público desde principios deste mes de xuño. As instalacións foron reformadas polo obradoiro de emprego con tarefas como a creación de novos espazos axardinados, a coloca-
ción de céspede natural e artificial e de superficies de caucho para a seguridade no xogo, xunto coa creación de sendas de formigón ou a reforma do mobiliario existente. O parque, creado en 2008, leva o nome da matrona e enfermeira que durante anos exerceu a profesión na comarca de Ordes.
14
CRÓNICAS - Xuño 2018
ECONOMÍA E TRABALLO LEITE Organizacións agrarias valoraban abandonalo antes do cambio ministerial
O novo ministro herda o acordo lácteo pendente de cumprir Hai novo ministro encargado do sector leiteiro. O triunfo da moción de censura que fixo presidente do Goberno a Pedro Sánchez (PSOE) en detrimento de Mariano Rajoy (PP) fixo que a carteira de Agricultura e Pesca fose asumida por Luis Planas, relevando a Isabel García Tejerina. No sector do leite, Planas herda o acordo de 2015 practicamente sen cumprir e seriamente tocado. Asinado tras as últimas grandes protestas dos Gandeiros, xa entón coas ausencias de varias organizacións, nas últimas semanas, pouco antes do imprevisto cambio ministerial, o texto fora de novo moi cuestionado. Unha das voces que se alzara na súa contra, aínda que o asinara nun principio, foi a de Unións Agrarias. Este sindicato aprezaba “desmotivación” co acordo e anunciaba que os Gandeiros valoraban abandonalo. A organización afirmaba que non activar o decreto que desenvolve o acordo déixao sen sentido. Por que? Segundo UUAA porque dese xeito non se poden cum-
Luis Planas recibe o maletín de ministro da man de Isabel García Tejerina
prir obxectivos como a identificación de orixe do leite nun establecer unha cadea de valor xusta. PREZOS Á BAIXA Mentres tanto, os prezos do leite en orixe volven baixar. Segundo os últimos datos do Ministerio, corres-
pondentes a abril, en Galicia pasaron de 0,314 a 0,308 euros por litro de marzo a abril. Seguen estando entre os peores de España, cunha media un céntimo superior. Durante este verán agárdase unha lixeira recuperación á vista das cotizacións internacionais da materia prima.
PREZOS DO LEITE
ABRIL / MARZO (€/litro) Galicia Andalucía Aragón Asturias Baleares Canarias Cantabria Castela-A Mancha Castela e León Cataluña Extremadura Madrid Murcia Navarra Euskadi A Rioxa Valencia ESPAÑA
0,308 0,330 0,305 0,342 0,312 0,451 0,308 0,331 0,324 0,309 0,322 0,331 0,315 0,322 0,339 0,331 0,336 0,318
0,314 0,333 0,312 0,348 0,315 0,451 0,327 0,335 0,332 0,317 0,323 0,331 0,307 0,326 0,343 0,334 0,339 0,324
MEDIAS ESPAÑA ABRIL 2014 0,369 2015 0,311 2016 0,297 2017 0,313 2018 0,318
PRODUCIÓN ABRIL 2017
2018
Galicia 227.145 tn 231.231 tn España 604.491 tn 613.242 tn Fonte: FEGA (04-06-2018)
COMARCA
MESÍA Transforma dous millóns de litros de leite e factura uns catro millóns ao ano
Vinte mozos e mozas poderán realizar prácticas en empresas de países europeos
A Casa Grande de Xanceda alcanza os 50 anos como referente ecolóxico
Vinte mozos e mozas da comarca poderán realizar este ano estadías de tres meses de duración en Holanda, Reino Unido e Italia, co propósito de mellorar os seus coñecementos de idiomas e efectuar prácticas laborais en empresas de diversos ámbitos e sectores. Será a través do programa Galeuropa, no que por segundo ano consecutivo participa a Mancomunidade de Ordes. As persoas que participen, de entre 18 e 30 anos, deberán estar inscritas no sistema nacional de garantía xuvenil. As estadías inclúen cen horas mensuais destinadas ao ámbito laboral, ademais das que se programen para a aprendizaxe de idioma. Teñen cubertos os gastos de transporte, aloxamento e manutención. As persoas que desexen informarse sobre o programa poden acudir ás oficinas da Mancomunidade ou chamar ao 607 642 863.
sector e á compañía durante estas cinco décadas de actividade.
A cúpula da Consellería e alcaldes da zona participaron na celebración do aniversario
Comezou como unha ambición persoal de Felipe Fernández Armesto, que quería producir queixo coas trinta frisonas que trouxo de Canadá nos anos sesenta, e hoxe, cincuenta anos despois, a Casa Grande de Xanceda é unha referen-
cia, mesmo a nivel mundial, na produción ecolóxica de lácteos. A empresa de Mesía celebrou a efeméride da súa creación nun acto ao que acudiu a cúpula da Consellería do Medio Rural, alcaldes da zona e numerosas persoas vinculadas ao
DOUS MILLÓNS DE LITROS A conselleira destacou os éxitos acadados por Casa Grande de Xanceda e viuna como “exemplo de produción sostible e de calidade”. A granxa transforma algo máis de dous millóns de litros de leite cada ano en iogures, queixos, xeados e outros produtos lácteos. O seu volume de negocio anual sitúase nos aproximadamente catro millóns de euros. A acollida da firma nos mercados é excepcional. Na actualidade é unha marca de prestixio moi valorada polos consumidores e asentada a partir da filosofía ecolóxica e a súa esencia de granxa familiar tradicional. Ten como canles de comercialización a venda directa na súa ecotenda, canles curtas de comercialización como colexios ou colectividades, e por suposto tendas especializadas, grandes empresas de distribución en lineais específicos e mesmo mercados de exportación.
15
CRÓNICAS - Xuño 2018
ECONOMÍA E TRABALLO MESÍA Co sistema que permite crear cubertas resistentes, ecosostibles e eficientes
A Cerámica Verea, protagonista nun foro de innovación en arquitectura
Verea no DPA Forum de innovación en arquitectura, construción e rehabilitación
A empresa Cerámica Verea, de Mesía, foi protagonista destacada no DPA Forum sobre innovación na arquitectura, a construción e a rehabilitación, celebrado días atrás en Santiago de Compostela. Ante máis de oitenta arquitectos e instaladores de toda Galicia, Manuel
Verea, director comercial da firma, expuxo nesta xornada técnica as vantaxes do ‘Verea System’. As tellas que saen da factoría de Lanzá permiten “crear cubertas ecosostibles e eficientes enerxeticamente”, tal como explicou, á vez que destacou que a súa “maior durabilidade e resisten-
cia” minimizan o gasto enerxético e o consumo dos materiais para a súa fabricación. O ‘Verea System’ é o único sistema de instalación que foi homologado en España. Foi desenvolto segundo os Documentos de Idoneidade Técnica DIT 622/16. Entre outras vantaxes, o sistema permite reducir a humidade porque se trata dunha cuberta ventilada. A súa anclaxe serve para resistir ventos de máis de 180 km/h. E a sinxeleza á hora de montalo fai que se reduzan os tempos de obra, tal como sinala Cerámica Verea. A elevada calidade do produto, en durabilidade e en prestacións, fai que as cubertas que se instalan co ‘Verea System’ conten cunha garantía de cincuenta anos por parte do fabricante. De feito, a certificadora AENOR inclúe nas súas fichas técnicas que as tellas Verea superan os 500 ciclos de xeo e desxeo, algo que acreditou un laboratorio independente. Verea é a primeira compañía española do sector con tal recoñecemento técnico.
A empresa logrou reducir un 6,65% as súas emisións de CO2 o ano pasado Durante 2017, Cerámica Verea logrou reducir un 6,65% as súas emisións de CO2 á atmosfera durante o seu proceso de fabricación. É o doble do acadado na anterior medición, realizada cun sistema do goberno central. Este éxito fixo que a compañía cerámica renovase por segundo ano consecutivo o selo ‘Calculo y Reduzco’ do Ministerio de Medio Ambiente. A medición de emisións de CO2 por tonelada de tellas producida comezou en Cerámica Verea en 2012. Realízase coa calculadora da pegada de carbono do Ministerio. Computa tanto os combustibles fósiles consumidos -gas natural na fábrica e gasóleo no transportecomo a electricidade utilizada no proceso industrial. Nos últimos anos, Verea investiu máis de 150.000 euros nun plan de redución de emisións directas.
16
CRÓNICAS - Xuño 2018
XENTE DE AQUÍ OROSO
OROSO
Éxito da andaina solidaria para axudar a nenos con cancro
Gala da Cultura e premios a investigacións do Camiño Inglés
A andaina solidaria con Asanog comezou na Praza Isaac Díaz Pardo
Entrega dos recoñecementos a persoas e entidades na Gala da Cultura 2018
Máis de 400 persoas participaron en Oroso na andaina solidaria de cinco quilómetros a favor da Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia (Asanog). Entre todas elas estaba o doutor José Miguel Couselo Sánchez, natural do municipio e que desenvolveu a súa traxectoria profesional no eido da oncoloxía pediátrica. O alcalde, Manuel Mirás, pre-
Oroso recoñeceu na súa Gala da Cultura 2018 o traballo de persoas e entidades que apoian a actividade cultural no municipio. Foron premiadas a empresa Severino Rial polo seu apoio á cultura, Carla Veiga na categoría promesa, e a asociación Buxos Verdes e Xoán Porto polas súas traxectorias. Na mesma gala, no centro cultural en Sigüeiro, foron entregados
sente na andaina co grupo de goberno, anunciou que Couselo Sánchez será nomeado fillo predilecto de Oroso o vindeiro outono. Asanog naceu en 2012, impulsada por un grupo de familias con fillos enfermos de cancro na procura de mellorar a súa calidade de vida. Os participantes na andaina tiveron ocasión de efectuar doazóns para colaborar coa entidade.
os premios do certame de investigación sobre o Camiño Inglés. O alcalde, Manuel Mirás, asegurou na súa intervención que o Concello seguirá apostando pola cultura “pola súa capacidade de formación e porque xera emprego” e destacou que “somos un concello que agora mesmo está no mapa cultural, tamén grazas ao Camiño Inglés”.
COMARCA
Festas para os maiores en varios municipios da contorna Diversos Concellos da comarca ordense celebraron nas últimas semanas as súas festas anuais para a terceira idade. É o caso de Cerceda, Frades, Mesía e Trazo, que reuniron centos de persoas en celebracións nas que o protagonismo é para a veciñanza de maior idade. Arredor da mesa, aproveitan a xornada para encontrarse con persoas de todo o municipio. Os Concellos entregan obsequios, en especial ás persoas de maior idade presentes. No caso de Trazo a festa non estivo exenta de polémica, posto que o goberno non permite a participación dos concelleiros da oposición e o alcalde, José Dafonte, fixo “precampaña” na súa intervención, segundo afirma o BNG, que lembra que o uso partidista de actos municipais “é un acto de prevaricación”.
O alcalde de Cerceda entrega obsequios ás persoas de máis idade da celebración
A celebración da Festa da Terceira Idade de Mesía tivo lugar, como é habitual, nas instalacións do pavillón polideportivo municipal en Xanceda, situado no recinto do colexio. O xantar, precedido dunha misa, proseguiu con tempo para a música, o baile e o encontro entre a veciñanza.
Recoñecemento en Frades a quince persoas maiores de noventa anos presentes
17
CRÓNICAS - Xuño 2018
XENTE DE AQUÍ OROSO
CERCEDA
Premio á mellor interpretación
Destacados en cooperativismo
Os premios foron entregados na Feira de Caza, Pesca e Natureza en Silleda
O accésit ao traballo Cross Designs está dotado con 1.500 euros
O grupo Pinteband, integrado por alumnado do colexio Camiño Inglés de Sigüeiro, gañou o premio á mellor interpretación e posta en escena do I Certame da Canción sobre a Natureza, organizado pola Xunta. Interpretaron a canción Moito máis do que ves. O premio á mellor peza musical
O CPI O Cruce, de Cerceda, foi galardoado cun accésit no certame Cooperativismo no ensino convocado pola Xunta. O recoñecemento, na categoría de actividades cooperativizadas, débese ao traballo Cross Designs, unha cooperativa estudantil creada nas aulas do centro educativo.
recaeu no colexio Otero Novas de Cortegada. O accésit correspondeulle ao colexio Santiago Apóstolo, de Soutomaior. O concurso, que procura difundir os valores do patrimonio natural galego coa música, tivo como xurado representantes da Xunta e do Conservatorio de Santiago.
COMARCA
Premios ‘Rosalía verso a verso’ Centros escolares da comarca recibiron os lotes de libros que premian a súa participación no concurso ‘Rosalía verso a verso’, co que o Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes trata de estimular a utilización da lingua galega
entre os máis novos. Recibiron lotes de libros en clases do colexio Castelao, en Ordes; o colexios Celso Emilio Ferreiro, en Cerceda; o da Pontecarreira, en Frades; o de Xanceda, en Mesía; e o de Viaño Pequeno, en Trazo.
O accésit está dotado con 1.500 euros, segundo explicou a Consellería. O director xeral de Orientación e Promoción Laboral da Xunta, Alfonso Marnotes, acudiu a Cerceda a entregar o galardón. O certame ten por obxectivo promover os valores da economía social entre o estudantado.
18
CRÓNICAS - Xuño 2018
XENTE DE AQUÍ ORDES
COMARCA
Acto de graduación do alumnado do IES-1 de Ordes
Conclúe un novo curso para a certificación de lingua galega
Mención especial para os cinco estudantes que obtiveron matrícula de honra
Acto de clausura das clases, que se desenvolveron desde o mes de marzo
Máis dun centenar de alumnos e alumnas do IES-1 de Ordes celebraron a finais do mes de maio o seu acto de graduación, que supón culminar unha etapa académica. A celebración tivo como escenario o auditorio da Casa da Cultura de Ordes, posto que o espazo foi necesario para acoller non só o
O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes rematou unha nova edición do seu curso de lingua galega para a obtención do certificado Celga de nivel 2. As clases comezaran o pasado mes de marzo e nelas inscribíranse máis de trinta persoas. O curso serve de preparación
propio alumnado, senón tamén o profesorado de centro educativo e os familiares. O evento tivo o natural carácter emotivo deste tipo de celebracións. Os cinco estudantes que obtiveron unha cualificación final de matrícula de honra recibiron unha mención especial.
para presentarse ás probas de avaliación do Celga 2. A concelleira de Educación de Ordes, Susana García recoñeceu na clausura “o esforzo e dedicación” do alumnado para ampliar os seus coñecementos da lingua galega e destacou a súa importancia para optar a empregos públicos.
FRADES
MESÍA
Rematan o Camiño de Santiago que iniciaran o pasado outubro
Unha peregrinación no Camiño Inglés para reorientar vidas
A peregrinación ‘O Camiño dos valores’ en Hospital de Bruma (Mesía) Os camiñantes concluíron o seu percorrido na Praza do Obradoiro (Santiago)
As sete últimas etapas do Camiño Francés, do Cebreiro ata a Praza do Obradoiro en Santiago, remataron hai unhas semanas para o grupo de persoas que as completaron nunha iniciativa organizada polo Concello de Frades.
Comezaran o percorrido a finais de outubro do ano pasado. Un sábado de cada mes percorreron sucesivamente as diversas etapas, uns 159 quilómetros en total. No outono planea proseguir ata Fisterra.
Un grupo de duascentas persoas, aproximadamente a metade menores, percorreu o Camiño Inglés entre A Coruña e Santiago nunha iniciativa que lles permitiu a menores en situación de vulnerabilidade ter unha experiencia social coa que asumir novas referencias na súa existencia.
O proxecto está promovido por Reyes Martel, xuíza de menores de Gran Canaria, e coa coa colaboración de Turismo de Galicia. A directora deste organismo, Nava Castro, xunto co delegado provincial da Xunta, Ovidio Rodeiro, e o alcalde de Mesía, Mariano Iglesias, recibíronos en Hospital de Bruma.
19
CRÓNICAS - Xuño 2018
XENTE DE AQUÍ ORDES
MESÍA
Cociña de vangarda para promocionar a Praza de Abastos
A Casa Grande crea un paseo solidario contra o cancro
A demostración culinaria de Tito Fernández utilizou produtos do mercado
Visita de integrantes da AECC de Ordes á granxa ecolóxica de Xanceda
A Praza de Abastos de Ordes acolleu unha demostración de cociña coa que pretende promocionar o consumo dos produtos que se poden atopar no mercado. O cociñeiro Tito Fernández preparou diversas elaboracións frecas, vistosas e repletas de sabor, tales como risoto de quinoa,
A Casa Grande de Xanceda conta nas súas instalacións cun paseo solidario coas persoas enfermas de cancro. Para percorrelo, basta con achegar un euro que irá destinado á causa solidaria. Así o fixeron decenas de integrantes da Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Ordes
xarda e nabo; tartar de salmón con pan de gamba; ou causa de mexillón e maionesa de calamata. Esta iniciativa enmárcase dentro da campaña internacional ‘Quere o teu mercado’, que en Galicia foi promovida pola Xunta en colaboración cos Concellos, as prazas e asociacións comerciais.
nunha visita recente á granxa ecolóxica de Mesía. As socias tiveron ocasión de coñecer a elaboración da gama de lácteos ecolóxicos, como iogur e queixo. A asociación agradeceu publicamente a atención recibida por parte dos traballadores e traballadoras de Casa Grande na súa visita.
ORDES
ORDES
Xornada de portas abertas na canceira para educar
A Xuntanza Cabalar de Ardemil reúne máis de 130 xinetes
O voluntariado da asociación de amigos da canceira traballou na xornada
A participación en roteiros específicos foi unha das propostas da Xuntanza
A cuarta Festa dos Cans que se celebrou na canceira de Ordes tivo como gran propósito educar sobre a importancia de que os animais reciban un trato axeitado e sobre a responsabilidade que implica ter un can na casa. Ana Soneira, concelleira de Medio Ambiente, que se achegou
A oitava Xuntanza Cabalar de Ardemil, en Ordes, superou os 130 xinetes participantes nas diferentes probas que se disputaron ao longo da primeira fin de semana deste mes de xuño. Ademais, uns 120 cabalos efectuaron a ruta programada e outros 20 concorreron ao certame de
ata a canceira para estar co voluntariado, explicou a necesidade da concienciación para evitar o abandono animal. Durante a xornada, a asociación Segunda Oportunidade vendeu obxectos promocionais, captou novos socios e animou a realizar doazóns económicas.
pura raza galega. Os premios das diferentes competicións superaron os 500 euros de importe. A xuntanza, organizada pola asociación Cabaleiros de Ardemil, ten tamén un importante compoñente festivo, que comezou xa o venres á noite e culminou cun xantar para uns 400 comensais.
20
CRÓNICAS - Xuño 2018
DEPORTES FÚTBOL
SALVAMENTO E SOCORRISMO
Torneo de fútbol base en Cerceda con equipos da zona
Lara López, a mellor deportista do campionato galego xuvenil
O duodécimo Torneo de Fútbol Base do Concello de Cerceda reuniu diversos equipos do municipio e de fóra nas instalacións deportivas do Roxo. Entre eles, ademais do Cerceda, aliñacións do Deportivo da Coruña, de Arteixo, de Tordoia ou da Laracha. Entregou os trofeos e medallas correspondentes a esta competición o concelleiro de Deportes de Cerceda, Suso Rama.
A nadadora ordense Lara López foi a deportista máis destacada no recente Campionato Galego Xuvenil de Salvamento e Socorrismo de Verán. López subiu en sete ocasións ao podio da competición, con medallas de ouro nas probas de bandeiras, sprint praia, relevo de sprint praia e rescate con tubo. As medallas de prata logrounas nas competicións de rescate con tubo, táboa de salvamento, rescate con táboa de salvamento e relevo de ocean.
IGUALDADE
Un videofórum promove o deporte feminino
FORMACIÓN
TAEKWONDO
Máis medallas para o BoudSport en probas españolas e galegas
Curso de monitor de fútbol base da Federación desde o 4 de xullo ao 3 de agosto en Ordes
Acto na Casa da Cultura de Ordes
Ordes acolleu o videofórum ‘Muller e deporte. Conquista os elementos’, organizado polo Concello e a Deputación, coa participación como relatoras da deputada provincial Ana Franco, a taekwondista Tania Gándara e a adestradora Natalia Naya, do Club Patinaxe Galia. Ana Soneira, concelleira de Deportes, interviu para destacar a importancia de que as mulleres accedan a postos directivos nas entidades deportivas e lograr maiores cotas de igualdade neste ámbito. Destacou que en Ordes houbo e hai varios exemplos deste tipo e resaltou o seu papel na consecución de éxitos deportivos. Na iniciativa, que chega a 23 Concellos, participou alumnado do IES Maruxa Mallo.
Presentación do curso no Concello
Participantes da entidade ordense no campionato galego escolar de combate
O club ordense de taekwondo BoudSport sumou novas medallas nas competicións recentes. Un dos resultados máis destacados é o subcampionato de España cadete para Manuel Castro Rodríguez. Na mesma competición, Carla Diéguez Veiras foi quinta. No Campionato Galego de Combate en Idade Escolar, a enti-
dade obtivo dez medallas. As de ouro recaeron en Mateo Boudjenane Liñares, Abril Viqueira Pose e Pablo Figueira Marzoa. As de prata acadáronas Javier Varela Rivas e Alex Rey Franqueira. E as de bronce obtivéronas Eliana Suárez Mosquera, Olaya Blanco Sánchez, Claudia Diéguez Veiras, Alba Rey Franqueira e Alba Couselo Bascoy.
As instalacións deportivas de Vista Alegre (Ordes) acollerán un curso de monitor de fútbol base da federación galega desde o 4 de xullo ata o 3 de agosto. Sumará 65 horas de formación teórica e práctica nun horario que vai desde as 19:30 ata as 22:30 horas de luns a xoves e tamén dous venres e un sábado de 10:00 a 13:00 horas. O curso custa 150 euros. Poden asistir persoas cos dezaseis anos cumpridos e que conten co título de educación secundaria ou un título oficial equivalente segundo o seu plan de estudos. Inscricións mediante formulario en www.futgal.es
21
CRÓNICAS - Xuño 2018
DEPORTES PREMIOS O Concello recoñece o labor das entidades durante todo o ano, así como deportistas e empresas
Multitudinaria gala deportiva en Oroso A Gala do Día do Deporte en Oroso superou as oitocentas persoas participantes, sobre todo escolares que practican algunha das diversas modalidades. Foron recoñecidos polo seu labor todos os clubs deportivos do municipio. Recibiu un galardón pola súa traxectoria o futbolista Juan Luis Amigo Ferreiro ‘Juanito’. Premios tamén para Olalla Cea, Laura Ruiz, o Club Ximnasia Oroso, o Club Patín Oroso, e Oroso Fútbol Sala. Como empresas que apoian o deporte, distincións para Xardín Senra, Xoiería Kalos e Trastes Escola Infantil.
INSTALACIÓNS Tras gastar 40.000 euros na reforma
Reabren o campo da Pontecarreira O campo de fútbol da Chousa, na Pontecarreira (Frades), volve estar aberto despois de ser sometido a traballos de reforma e renovación. Precisaron gastar case 40.000 euros, dos que 30.000 achegounos a Xunta e o resto o Concello. As prin-
cipais tarefas acometidas foron a colocación dun novo sistema de rego, melloras nos accesos e nos vestiarios e a renovación do céspede. Na apertura xogouse un partido entre o equipo da capital municipal e un conxunto de veteranos.
FÚTBOL
FÚTBOL
Os xuvenís da S.D. Club Ordes, subcampións na Copa A Coruña
O Visantoña cadete gaña a Copa das Mariñas ante o Arteixo
O conxunto cadete está adestrado por Niko González, que relevou a Santi Equipo xuvenil da S.D.C. Ordes, subcampión na Copa A Coruña de fútbol
O equipo xuvenil da Sociedade Deportiva Club Ordes proclamouse subcampión da Copa A Coruña de fútbol. Estiveron moi preto de facerse co campionato, posto que perderon na quenda de penaltis por dous tantos a un fronte ao Bergantiños.
O encontro disputouse no campo O Carrizo, situado na Zapateira, nas inmediacións da cidade da Coruña. Xogadores, cadro técnico e directiva da entidade deportiva recibiron as felicitacións do Concello de Ordes despois deste novo éxito.
O equipo cadete do Visantoña proclamouse campión da Copa das Mariñas da súa categoría, vencendo na final ao Atlético Arteixo por 2-1, con goles de Abel e Raúl para o conxunto de Mesía. A competición disputouse a comezos de xuño no campo municipal das Brañas. Na súa semifinal, o Visantoña gañara ao Atlético
San Pedro por 6-1. Marcaron para o equipo local Óscar, Jose e Hugo, dous goles cada un. O equipo rematou a liguiña da copa sen perder ningún partido e cun só empate, o que lle permitiu ser campión do seu grupo. Na liga tivo un gran final con cinco victorias seguidas, pero o mal inicio impediulle optar ao ascenso.
22
CRÓNICAS - Xuño 2018
DEPORTES ATLETISMO Novas medallas en diversas competicións
O Atlética A Silva-Ordes logra tres clasificacións para o campionato español O Club Atlética A Silva-Ordes logrou clasificar tres dos seus deportistas para o Campionato de España Infantil. É a primeira vez que a entidade logra tal nivel de clasificacións para unha proba de ámbito español. Os resultados acompañaron, posto que Martiño Caneda Pájaro foi sexto e Daniel Loureiro Mosquera acadou a sétima posición, mentres que Alejandra Souto Vieites foi decimo oitava ao remate da competición. Ás probas, disputadas en Cádiz, estivo a punto de acudir tamén outra deportista do club, Arantxa Ferreiro Figueira, que figuraba entre as reservas. PROVINCIAL Por outra parte, deportistas do club lograron catorce medallas no Campionato Provincial da Coruña en categorías benxamín e alevín e no de Combinadas infantil, disputados en Ribeira. Foron catro medallas de ouro, sete de prata e tres bronces. En Ferrol, no Campionato Provincial da Coruña infantil e de Combinadas benxamín e alevín, Atlética A Silva-Ordes sumou outras dezanove medallas, das que oito foron de ouro, seis de prata e cinco de bronce. GALEGOS Nos Campionatos de Galicia S16 e S18, no Barco de Valdeorras, María Pena foi a subcampioa S16 en lanzamento de xavelina e Lara López acadou o bronce en 400 metros. Xa nos máis recentes galegos de categorías S10, S12 e S14, o medalleiro engrosouse con oito ouros, dúas pratas e tres bronces, informa o club.
Os ouros foron para Juan Loureiro (500 m e salto de lonxitude), Martiño Caneda (500 m e 220 valados con novo récord galego) e Daniel Loureiro (1000 m obstáculos e xavelina). As pratas acadáronas Noa Rey (60 m) e Gloria Iglesias (xavelina). E os bronces lográronos Xiana López (peso), Ángel Ramón (lonxitude) e Martín Barro (80 m valados). Xa en categorías promesa/sub23 e júnior sub20, Martín Liste Viaño acadou ouro en disco 2 kg e en peso 7,250 kg. O de Tordoia acumula oito ouros consecutivos desde que competía en categoría cadete á de promesa, o que supón un récord. E Mencía Pena Castiñeiras foi bronce en xavelina 600 g. Por último, Atlética A Silva-Ordes informa de que Lara López acudiu convocada pola Federación Galega de Atlétismo ao Campionato de España por federacións autonómicas sub18 que se disputou en Ciudad Real.
Algúns dos máis novos, nos galegos
XADREZ
Martín Pena, subcampión galego sub 18 en xadrez lóstrego Martín Pena Varela, do Club Xadrez Oroso, proclamouse subcampión en categoría sub18 nos Campionatos Galegos de Xadrez Lóstrego (3’+2’’) disputados en Vilagarcía. Nos campionatos de rápidas (10’+5’’) foi cuarto, con só dúas derrotas fronte a dous mestres internacionais adultos. O Club Xadrez Oroso destacou nestas probas con outros seis xogadores.
Ademais, a entidade celebrou a quinta edición do seu Torneo Concello de Oroso, no que competiron uns 120 xogadores de toda Galicia. O campión absoluto foi o mestre internacional Diego Espiñeira, de Padrón. Entre os xadrecistas locais, primeiro posto para Martín Pena, segundo para Álvaro Viqueira Verea e terceiro para Juan Carlos Couselo Fernández.
Participación do Club Atlética A Silva-Ordes en campionatos provinciais
Medallas para María Pena e Lara López nos campionatos galegos
Caneda, Souto e Loureiro, nos españois
Martín Liste, ouros en disco e peso
23
CRÓNICAS - Xuño 2018
DEPORTES - OPINIÓN XIMNASIA RÍTMICA
HÓCKEY
Máis dun cento de participantes na cuarta exhibición ordense
Ordes acolleu o VII Torneo LusoGalaico, de carácter amigable
A xornada desenvolveuse no pavillón polideportivo Castelao I de Ordes
Entrega de medallas e galardóns aos equipos do torneo no Castelao I
A cuarta exhibición de ximnasia rítmica de Ordes, celebrada no pavillón Castelao I, superou o centenar de participantes. Acudiron a este encontro os clubes dos colexios Campomaior e Castelao de Ordes, Barrié de la Maza de Santa Comba, Pecalama de Tordoia e Gándara-Sofán de
O VII Torneo Luso-Galaico de hóckey sobre patíns xogouse no pavillón Castelao I de Ordes. Foi unha cita de carácter amigable, se ben permitiu comprobar o gran nivel de xogo dos participantes. A selección galega foi a gañadora, seguida do A.P. Aveiro, o A.P. Oporto e o A.P. Minho.
Carballo, ademais das escolas municipais de Carral e Oza-Cesuras. A xornada estivo organizada pola academia Prisma coa colaboración das empresas Eroski e Gadis máis do Concello de Ordes. A concelleira de Deportes de Ordes, Ana Soneira, entregou as medallas ao remate da exhibición.
A cor da herba Esther Couto Rivas Unha das vantaxes de cumprir anos é poder compartir cos demais as túas experiencias de vida, as túas anécdotas. Vou utilizar este espazo para compartir con vostedes unha experiencia da miña andanza na política municipal: nas reunións sobre o Plan Xeral que tiñamos na época do PP de Martino todos os grupos estabamos de acordo en dotar de zonas de lecer os núcleos urbanos pero cando, por parte dos socialistas, plantexabamos a necesidade de zonas verdes debuxábanse carantoñas e incluso se oían expresións como “máis zonas verdes en Ordes? Pois mira que non hai...”. Coincidiremos todos en que, sexa cal sexa o concello, cando chegamos á parte urbana, se entre tanto cemento atopamos zonas verdes e sobre todo axardinadas, a nosa vida alégrase. No noso concello, pese aos comentarios referidos anteriormente, dispoñemos de espazos axardinados e un paseo fluvial que é un goce da natureza e moi utilizado polos veciños de todas as idades. Chegados a este punto preguntaranse vostedes onde
está o “pero”. Pois precisamente aí, na utilización de herbicidas (como o glisofato). Se a vista se alegra coas zonas verdes e cos xardíns, tamén se impresiona co tomo queimado da herba que aparece en solares urbáns, zonas de xardín e no paseo fluvial. Non vou entrar no debate da toxicidade que leva sobre a mesa anos a nivel mundial, con ataques de falsidade dos estudos e as súas metodoloxías, etc, pero non podemos deixar de lado a declaración da OMS de 20 de marzo de 2015 en Lyon referida a que o glisofato é “un probable carcinóxeno para os seres humanos”. A nivel lexislativo a Unión Europea acaba de prorrogar a autorización para o uso do glisofato e España, na recente etapa do PP, defendía esta postura que, en cambio, era rexeitada por países como Italia e Francia. A aplicación deste herbicida non se percibe inmediatamente, teñen que pasar 20-30 días para que apareza o tono queimado, as consecuencias tardarán anos en avaliarse, pero quedámonos coa reacción inmediata
O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, e os concelleiros Ana Soneira, José Manuel Mira e Pablo Vázquez participaron na entrega de medallas e galardóns conmemorativos, xunto co vicepresidente da Federación Galega de Patinaxe, Julio Parga, e a presidenta do A.C. Ordes, Ana del Río Otero.
Ao pasar polo Mesón do Vento Carlos Calvo Varela
que é visual e se vostedes teñen cans ou outros animais de compañía si que entenderán o que estou expoñendo, pois nestas datas atopámonos con que eles sofren sufren cadros de vómitos e diarreas, e sempre coincidimos nas mesmas zonas, esas que visualmente son tan desagradables de ver. Non somos un Concello tan grande como para ter que utilizar estas substancias nas zonas de coidado público, ademais de que deberiamos ter unha política de defensa do medio ambiente e defender a xardinería sostible, controlando o uso destas substancias nos solares urbanos privados cando sobre todo afecta á vía pública e ao río. Non vou xustificarme, ante os que critiquen ou se rían, da miña defensa das nosas mascotas, pero si vou alzar a voz ante as Autoridades correspondentes antes de ter que derramar bágoas pola súa perda e sei que hai moita xente que, chegados a este punto, aí si me entende e con ela me quedo.
Decorría a escura década de 1950, após guerra e fame, a resistencia guerrilleira en extinción, praticamente todos os homes en idade adulta de Mámoas encarcerados e, á altura do Mesón, pasa o Castromil a paso trotón. Dentro vai un xornalista de Mondoñedo, antigo militante do Partido Galeguista –mesmo arredista adolescente- reconvertido ás esixencias do novo ecosistema. É Álvaro Cunqueiro, e remoe un pensamento: “Deixando Betanzos camiño de Compostela polo Mesón do Vento, un ía pensando que marabilla ser arcediano de Nendos no cabido compostelán: o mellor enchufe ao que un galego puido aspirar do século XIII ao XVIII. A desaparición de dignidade tal, paréceme a min que invalida toda a evolución político-social do noso país nos últimos douscentos anos”. Álvaro Cunqueiro, “Betanzos”, Faro de Vigo, 16 de marzo de 1951; tamén incluido en: Á. Cunqueiro, El pasajero en Galicia, selección de César Antonio Molina, Barcelona, Tusquets, 1989.
CRÓNICAS
Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.
Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Tameiga. Peche de edición: 22-06-2018. Depósito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com
28 - 30 xuno de 2018
V Monografico Forestal Internacional para o Sur de Europa Centro de Formacion e Experimentacion Agroforestal de Sergude
Boqueixon - Santiago de Compostela www.galiforest.com
ORGANIZA:
FEIRA INTERNACIONAL DE GALICIA ABANCA • E-36540 SILLEDA • Pontevedra • Tlfn. 986 577000 • Fax. 986 580865 • galiforest@feiragalicia.com