CRÓNICAS 55

Page 1

COMARCA

COMARCA

Os Concellos do Camiño Inglés piden mellorar o trazado

A limpeza de fincas contra incendios non se cumpre Páx. 5

Páx. 8

leisynegocios@leisynegocios.com

981 10 40 10

CRÓNICAS Mensual independente da Comarca de Ordes - Nº 55 - Xullo de 2018

Aproban o plan de apoio para as vítimas de EREs no sector téxtil O Consello da Xunta autorizou o plan de apoio á inserción laboral das 300 persoas, máis do 80 % mulleres, que

quedaron sen emprego por mor dos expedientes de regulación de emprego (EREs) no sector téxtil ordense do

30 de xullo de 2016 ao 30 de abril de 2017. A iniciativa ten un orzamento de 1,2 millóns de euros, o que supón uns

4.000 euros por persoa. Con itinerarios individuais, aspira a colocar polo menos o 45 % Páx. 13 das afectadas.

Meirama, unha incógnita

COMARCA

Dúas novas traxedias nas estradas da zona Páx. 2

COMARCA

A relación de Antón Fraguas coa comarca de Ordes Páx. 15

MESÍA

Verea e o Concello divulgan a cerámica entre os escolares Páx. 8

DEPORTES

Gas Natural Fenosa di que só adaptará a térmica se é rendible

Páx. 2

O Cerceda queda fóra do xogo polo desastre económico Páx. 18


CRÓNICAS - Xullo 2018

2

ACTUALIDADE COMARCA A empresa, agora chamada Naturgy, condiciona o futuro da térmica a que a adaptación sexa rendible

Fenosa aínda non di que fará con Meirama Se o investimento é rendible continúa, se dá perdas pecha. Así de simple e lóxico é o futuro da central térmica de Meirama nos plans de Gas Natural Fenosa, desde hai unhas semanas chamada Naturgy. Pero a decisión non está tomada ou polo menos non se deu a coñecer. Ben sexa porque estea botando contas ou porque estea agardando a outro momento para desvelar os seus plans concretos, o caso é que a incertidume non se despexou nin na xunta de accionistas do pasado 27 de xuño nin ao día seguinte ante investidores en Londres, contra o que estaba previsto. O presidente da compañía, Francisco Reynés, deixou claro nesa xornada que “non faremos ningún investimento que non se poida recuperar”. O dilema está entón en se os entre 100 e 120 millóns de euros que a térmica precisa para adaptarse á nova normativa europea de emisións contaminantes son recuperables. O ano 2020 é o prazo para ter en funcionamento as infraestruturas que rebaixarían en máis do 95% o dióxido de xofre e preto do 100% os óxidos de nitróxeno e as emisións

Acto de reivindicación do comité de empresa de Meirama no Concello de Ordes

de partículas que produce a térmica. Para chegar a tempo as obras xa terían que ter comezado ou executarse a unha velocidade superior ao previsto. Do contrario, aínda que a compañía aposte pola continuidade, a planta estaría parada un tempo ata culminar os traballos. O PERSOAL PRESIONA A preocupación entre o cadro de persoal da central é cada vez maior.

Nun acto informativo en Ordes, o presidente do comité de empresa, Bautista Vega, advertiu de que o peche da térmica de Meirama suporía destruír uns cen postos de emprego directos e outros tantos en compañías auxiliares, ademais de verse afectados varios centos máis en diversos sectores da contorna. O comité de empresa, que estivo acompañado polo alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, solicitou a impli-

cación da Xunta de Galicia na busca dunha solución. Pediron unha reunión co conselleiro de Economía, Emprego e Industria para explicarlle persoalmente a situación. Lisardo Veiras, integrante do comité de empresa, advertiu de que “non se trata só de cuestións relacionadas cos traballadores e co eido laboral, senón que é o momento de que Gas Natural Fenosa demostre o seu compromiso con Galicia”. Os traballadores defenderon que a térmica sempre foi “competitiva” e que “en momentos complicados sacamos adiante a produción abastecendo o resto do país”, en palabras de Veiras, que tamén explica que “se nos quixeron cando traballabamos co carbón altamente contaminante da mina con máis motivo nos teñen que ter en conta agora que non habería contaminación”. O alcalde de Ordes fixo fincapé na relevancia da central “como fonte de riqueza para a comarca e especialmente para a zona do Mesón do Vento”. Martínez Sanjurjo lembrou que o pleno ordense defende case por unanimidade que Meirama continúe.

COMARCA Un mozo de 28 anos na Polveira (Trazo) e outro de 25 anos en Cabrui (Mesía)

Dous falecidos en sinistros de tráfico na comarca no que vai de xullo Os accidentes de tráfico na comarca sumaron dúas vítimas mortais máis nas últimas semanas. Trátase de dous mozos que perderon a vida en senllos sinistros en Trazo e en Mesía. O primeiro caso, o xoves 5 de xullo, tivo como vítima un mozo de 28 anos de idade e veciño de Viaño Pequeno (Trazo). Un camión e a motocicleta que conducía o mozo bateron de xeito frontolateral ás seis da mañá, cando o falecido regresaba á súa casa do seu traballo en Santiago. O sinistro produciuse no lugar da Polveira, á altura do quilómetro 4,5 da estrada que vai desde Trazo a Santiago. A Garda Civil de Tráfico investiga as circunstancias do accidente. As primeiras informacións indicaban que o camión entrou marcha atrás na estrada. Aínda que o motorista freou, non puido evitar a colisión mortal.

En Mesía, a vítima foi un mozo de 25 anos de idade, veciño do municipio de Coirós, segundo a Garda Civil de Tráfico. O accidente tivo lugar pouco despois das oito da mañá do domingo 15 de xullo. Sucedeu na estrada de Mesía a Curtis, ao seu paso pola parroquia de Cabrui, concretamente no quilómetro 5,1. Tráfico, que tamén abriu unha investigación sobre as circunstancias do accidente, informou de que o coche botouse fóra da estrada pola marxe esquerda e acabou batendo contra unha árbore. A vítima era o conductor e único ocupante do vehículo accidentado. Ao lugar do sinistro acudiron os efectivos do Grupo Supramunicipal de Emerxencias (GES) que dá servizo en Mesía, que se encargaron de liberar o corpo. Tamén interviron os Bombeiros de Ordes e Tráfico, máis foi avisada unha ambulancia dos servizos sanitarios de urxencias.

En Trazo, a moto freou para non chocar co camión, que accedía á estrada marcha atrás

O coche accidentado en Cabrui (Mesía) botouse fóra e bateu contra unha árbore


3

CRÓNICAS - Xullo 2018

MEDIO AMBIENTE COA AMPLIACIÓN, O COMPLEXO INDUSTRIAL DE CERCEDA PASARÁ A SER O MÁIS EFICIENTE DE EUROPA

Sogama cuadriplicará as súas cifras de reciclaxe e alcanzará o vertido técnico cero Oito meses foron suficientes para que a empresa galega Valtalia, con enxeñería propia, construíse e equipase a nova planta de clasificación para os materiais contidos na bolsa negra (lixo convencional) que cada día producen os 294 Concellos adheridos a Sogama (o 94% do total). Innovación e vangardismo, xunto con grandes doses de rigor, disciplina e esixencia, fixeron posible que a Sociedade Galega do Medio Ambiente conte hoxe coa planta das súas características máis moderna do mundo e que alcanzará os altos estándares de eficiencia previstos. Un foxo de recepción de 5.000 metros cúbicos, cinco liñas de tratamento para procesar corenta toneladas por hora cada unha, dúas pontes-guindastre con capacidade de elevación para doce toneladas, un polbo hidráulico, cinco equipos abrebolsas, cinco trómeles de voluminosos e outros cinco de separación secundaria, cinco prensas e máis de trinta lectores ópticos, ademais dos correspondentes separadores magnéticos para férricos e inductivos para aluminio, permitirán seleccionar de maneira automática, por formas e tamaños, dez materiais diferentes (desde papel/cartón e vidro ata metais e variadas tipoloxías de plásticos –duro, fino, mestura-), e todo iso aderezado cos máis modernos sistemas de seguridade e os últimos avances no ámbito da automatización, as comunicacións e os sistemas de información característicos da emerxente industria 4.0. Este é o sólido esquelete dunha instalación pioneira que, sen lugar a dúbidas, erixirase nun dos maiores orgullos de Galicia e punto de referencia mundial. Unha vez construída e equipada, a instalación aborda agora tres meses de probas nos que se testará o seu perfecto funcionamiento, prevendo que a súa posta en marcha definitiva teña lugar a finais deste mesmo ano, momento no que concluirá a primeira fase da ampliación do complexo ambiental de Cerceda, que proseguirá logo coa remodelación da actual planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible, culminando o proxecto no derradeiro tramo do ano 2019. Pero esta mellora, para a que a empresa reservou 29 millóns de euros procedentes de fondos propios, permitíndolle ampliar a capacidade do

A nova planta ten cinco liñas de tratamento con capacidade de procesar corenta toneladas de residuos por hora cada unha

seu complexo nun 81%, ao pasar de 550.000 toneladas anuais a un millón, non só suporá o posicionamiento privilexiado de Sogama no primeiro posto do ránking das empresas do seu sector en todo o mundo, senón que traerá consigo dous importantes beneficios:

pañía cumprirá, con máis de quince anos de antelación, un dos principais obxectivos da Comisión Europea, e é que os países membros logren diminuír o uso do vertedoiro ata esta porcentaxe. Un obxectivo que no caso de España albíscase complexo, toda vez

Javier Domínguez, presidente de Sogama, nas instalacións da nova planta da empresa

maior contribución á reciclaxe, multiplicando por catro as súas cifras actuais de recuperación ao achegar cada ano á industria transformadora máis de 120.000 toneladas de materiais que se convertirán en novos recursos, e menor vertido, pretendendo reducilo ata o 10%. Deste xeito, a com-

que o noso país aínda verte o 57% dos refugallos, situándose Sogama actualmente preto do 25%. Seguindo o paradigma dos países europeos do norte, como é o caso de Alemaña, Suecia, Bélxica e Holanda, que contan con altas taxas de reci-

claxe e de valorización enerxética nun claro compromiso co crecemento económico, a proteción ambiental e a cohesión social, Sogama confía en alcanzar a curto prazo o vertido técnico cero, o que quere dicir que só depositará en vertedoiro aqueles residuos que, dadas as súas características, non se poidan reciclar nin valorizar material ou enerxeticamente. A ampliación do complexo medioambiental cercedense constitúe, por riba de todo, unha aposta de futuro e unha garantía de servizo público eficaz, eficiente, igualitario e solidario para todos os concellos adheridos ao seu sistema. Investir en modernidade e innovación significa investir en economía circular e, por tanto, en benestar e calidade de vida. Recuperar residuos e evitar o seu vertido significa preservar os limitados recursos cos que conta o planeta e aplicar a política de facer máis con menos. Sogama amósase convencida de que estamos ante unha nova cultura ambiental, ante unha nova forma de facer as cousas e, sobre todo, ante unha nova forma de vivir. A maior concienciación dos cidadáns xunto co traballo eficiente desta compañía pública constituirá o perfecto binomio que garantirá a completa reciclaxe.


CRÓNICAS - Xullo 2018

4

ACTUALIDADE ORDES

ORDES

Instalan tres minipuntos limpos en Ordes e no Mesón do Vento O Campo da Feira e a Alameda, en Ordes, e o Mesón do Vento, en Ardemil, son os emprazamentos dos tres minipuntos limpos instalados recentemente polo Concello de Ordes. Estes colectores están pensados para que a poboación poida reciclar de xeito cómodo e rápido obxectos que non se poden depositar nos contedores habituais de lixo. Os depósitos admite ata sete clases diferentes de residuos: pilas convencionais, alcalinas, de petaca e de botón; teléfonos móbiles e baterías; cedés e deuvedés; cartuchos de tinta para impresión por inxección; lámpadas de baixo consumo e residuos eléctricos ou electrónicos. O Concello lembra que, ademais dos minipuntos, existen colectores para o depósito selectivo de residuos por todo o municipio. Neles pódense deixar plásticos, envases e bricks; papel e cartón, vidro, orgánicos, roupa e aceite usado.

Minipunto limpo situado no Mesón

O goberno de Ordes explicou que o emprazamento dos novos minipuntos limpos escolleuse tendo en conta que se trata de zonas que rexistran un elevado tránsito de peóns.

Heredeiros da Crus, Leilía e A Roda, grandes reclamos para as festas patronais de agosto A Asociación Cultural e de Festexos da Vila de Ordes presentou a programación para as festas patronais de Santa María, que se estenderá entre o martes 14 e o venres 17 de agosto. Para a primeira xornada está previsto o festival Sons de Ordes, con música rock e pop dos anos oitenta e noventa do século pasado. Inclúe a actuación de Dani Royo & Version’s Band como aperitivo. Mais o prato forte da xornada será o grupo galego Heredeiros da Crus, pioneiro do rock bravú. No día principal das festas, o 15 de agosto, que este ano cae en mércores, o protagonismo será para as orquestras comerciais. Están programadas as intervencións de Palladium e da Orquestra Principal. Será tamén a xornada dos principais actos relixiosos, con misa solemne e a procesión da

imaxe da santa polas principais rúas da vila, na que adoitan participar centos de persoas. O xoves 16 de agosto será a Noite Folk, con dous nomes moi destacados do panorama da música tradicional galega. Trátase das pandeireteiras Leilía e o grupo vigués A Roda. E o venres 17, xornada de remate da programación festiva, a organización xa ten confirmadas as actuacións das orquestras Olympus e Ceniza. PARA COLABORAR Todas as persoas, empresas e entidades que desexen colaborar economicamente para a celebración das festas patronais de Ordes poden efectuar as súas achegas na conta bancaria que a Asociación Cultural e de Festexos da Vila de Ordes posúe no Pastor Grupo Banco Popular, co número ES34 0238 - 8188 - 2506 - 0105 - 1240.

ORDES

COMARCA

A concelleira Beatriz Martínez propón novas ordenanzas municipais sobre urbanismo

A Mancomunidade aproba en xullo os orzamentos anuais

Beatriz Martínez, concelleira non adscrita en Ordes, propuxo crear dúas novas ordenanzas municipais co propósito de incrementar a transparencia nas cesións de canalizacións e de regularizar a taxa por dirección de obra que se lles impón ás empresas que traballan para o Concello. A primeira proposta sería unha ordenanza xeral de obras e servizos na vía pública. Segundo Martínez, debería contemplar a planificación das instalacións para conducións de subministracións e as condicións para establecelas, o seu trazado, conservación, supresión, sustitución, modificación ou traslado, así como os termos nos que se ocuparía a vía pública. A concelleira considera que agora na práctica o Concello de Ordes “está cedendo de balde e de forma definitiva o uso da vía pública para canalizacións, tubaxes,

arquetas ou conexións en beneficio das distribuidoras e sen ningunha contraprestación para o Concello”. A concelleira, elixida en 2015 nas listas do PP e fóra do goberno desde principios de 2017, solicita unha segunda ordenanza para regular as taxas de dirección de obra, coordinación de seguridade e saúde, entre outras materias. Considera que a base impoñible tería que referirse á obra certificada e non ao proxecto de execución, como sucede agora. Ata agora en Ordes, tal como explica Martínez, son as empresas contratadas polo Concello as que asumen o custo da dirección de obra “cando debería ser o Concello ou o promotor da obra”. O importe pode chegar ao 4% do proxecto ou ata o 7% do custo da obra, algo que estaría freando a moitas empresas en licitacións municipais.

Pleno da entidade supramunicipal que aprobou as contas para este ano

O pleno da Mancomunidade de Ordes aprobou a comezos deste mes de xullo os orzamentos da entidade para o conxunto do ano. Suman algo máis de 1.265.000 euros, dos que ata un 45% son absorbidos polos gastos de persoal e o 55% restante vai para gastos correntes. Cómpre indicar que o organismo supramunicipal suma 21 persoas en nómina.

Tras a sesión plenaria, que validou as contas por unanimidade dos presentes, a Mancomunidade anunciou que os recursos dispoñibles permitirán manter os servizos habituais que presta nos municipios en ámbitos como a atención social, a animación sociocultural, a formación e a colocación, a educación familiar ou os proxectos de normalización lingüística.


CRÓNICAS - Xullo 2018

5

ACTUALIDADE COMARCA Os municipios critican que a Xunta lles pase responsabilidades “de golpe”

Incumprimento xeral da limpeza de fincas, que agora vixían os Concellos O prazo para que os terreos situados en espazos de protección contra os incendios estivesen limpos venceu hai unhas semanas sen que o cumprimento sexa nin moito menos estricto, incluso en fincas de titularidade pública. Non obstante, a medida si serviu para que a limpeza de montes forestais e de fincas sen produción sexa algo máis destacada que en anos anteriores. A medida aplicada pola Xunta tamén serve para xerar malestar político nos Concellos, que agora son os responsables de vixiar se os propietarios particulares cumpren a norma. A principal crítica, que expresou Manuel Mirás como alcalde de Oroso e como integrante da dirección da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), é que aos Concellos non chegou “ningún tipo de axuda” para atender a nova responsabilidade, e si numerosas consultas veciñais. Así as cousas, o Concello de Oroso insistiu en que a loita contra os incendios é unha das súas prioridades e

que colaborará coa Xunta. Ademais, pediu a colaboración dos propietarios para manter limpas as fincas. Pero o rexedor advirte de que “non se pode solucionar o problema trasladando de golpe a responsabilidade aos municipios ou abrindo expedientes aos veciños”. QUEIMAS PROHIBIDAS Mentres tanto, desde principios deste mes de xullo a Xunta suspendeu todos os permisos de queimas agrícolas e forestais no monte, que se manterá durante toda a campaña de alto risco de incendios. Este ano está fixada por primeira vez ata o 31 de outubro, posto que nos últimos anos a primeira metade do outono tivo unha meteoroloxía moi propicia para a propagación de lumes. De todos os xeitos, a Xunta contempla que a prohibición se levante no outono se as condicións do tempo o permiten. O goberno autonómico solicitou ademais que se denuncie a actividade incendiaria cando se teña coñe-

Equipo de desbroce nunha pista forestal

cemento dela. Para iso está á disposición da cidadanía o teléfono gratuíto 085, no que tamén se pode comunicar a existencia de lume. Do mesmo xeito, a Xunta empraza ás persoas que se acheguen ao monte a extremar as precaucións e evitar prácticas que impliquen risco de lume.

O Bloque pide en Trazo unha partida de limpeza de cunetas para todo o ano O BNG de Trazo pediu incluír nos próximos orzamentos do Concello unha partida que permita garantir a limpeza de cunetas durante todo o ano. A iniciativa foi desbotada polo goberno, en mans do PP. Xa o ano pasado os nacionalistas advertiran de que a falta de limpeza crea situacións de risco en determinados meses, como en maio e xuño. Explican que nas interseccións os conductores vense obrigados a adentrarse no vial para poder ver se vén outro vehículo. O Bloque propoñía sacar a concurso a praza vacante para limpeza de cunetas, de xeito que o tractor que o Concello adquiriu hai pouco poida ter uso continuo e non só os tres meses que contrata o Concello. Martín Rei, edil do BNG en Trazo, sinalou que ese traballo todo o ano é un investimento de futuro no mantemento de viais e na prevención de accidentes.


CRÓNICAS - Xullo 2018

6

ACTUALIDADE TRAZO

Aprobadas as bases da concentración parcelaria de Benza A concentración parcelaria da zona de Benza, en Trazo, ten por fin as súas bases aprobadas. As 451 persoas propietarias de terreos no seu ámbito recibiron as notificacións, coas que comeza a contar o prazo dun mes para interpoñer recurso de alzada. Este proceso reorganizará 1.170 hectáreas de terreo, que na actualidade están divididas en 4.538 parcelas. As novas fincas resultantes contarán cunha nova rede de camiños de acceso, que supera os 35 quilómetros e que nun 81% aproveitan trazados xa existentes. Segundo a Consellería do Medio Rural, a execución dos camiños ten un custo de 1,8 millóns de euros, aos que hai que sumar uns 320.000 euros xa gastados en asistencias técnicas. De forma paralela á creación da nova rede de pistas, elabórase o acordo para a situación das novas parcelas e prepárase a colocación dos marcos. Estas dúas tarefas están contratadas cun custo de 107.000 euros.

OROSO Doval critica “abandono” do rural e Mirás acusa á Xunta de non investir

O PP reclama mellorar as unitarias e o goberno replica que fai obras acotío O PP de Oroso reclamou que o Concello acometa un maior investimento para mellorar os inmobles das escolas unitarias de Deixebre, Trasmonte, Senra e Vilacide, ás que asiste medio centenar de escolares. Para o portavoz do PP, Alexander Doval, o estado dos edificios é “francamente mellorable” e non están coidados ao nivel “que merecen os nenos destas parroquias”. Para Doval resulta “inxustificable” a “insensibilidade” do goberno municipal, ao que acusa de “abandonar” a zona rural. O PP, que tamén demanda a mellora da biblioteca situada en Vilarromariz, incide na importancia de “apostar polo rural e pola educación da xente nova que vive nesa zona” e empraza a aproveitar o verán para acometer as obras con urxencia. O PP “MENTE” O goberno de Oroso (PSOE) replicou á petición do PP acusando a Doval de mentir “unha vez máis”. O executivo liderado por Manuel Mirás considera que “todo o que [Doval]

Un dos inmobles para os que o PP reclama acometer melloras durante este verán

di deste goberno é un simple atallo para intentar chegar ao poder”. O Concello nega que exista abandono no rural. Sinala que as unitarias que conforman o Centro Rural Agrupado “funcionan de forma correcta e cunha gran satisfacción por parte das nais e os pais por ter unha escola tan preto da casa”. Ademais, afirma que cada ano acomete diversas actuacións de reparación e mantemento.

O executivo tamén defende que dotou a todas as parroquias de locais sociais e repasa na súa resposta ao PP proxectos de saneamento e abastecemento ou de mellora de viais. Do mesmo xeito, repróchalle ao principal grupo da oposición que “a Xunta nos últimos oito anos non investiu un só euro en Oroso” para obras hidráulicas, aínda que cobra 85.000 euros anuais polo canon da auga.

ORDES

TORDOIA

O PP e os tres concelleiros saídos de UxO evitan o debate sobre a senda peonil das Casillas

Aproban incluír a reparación do camiño de Buño ata o límite con Trazo no plan provincial

Non houbo debate formal e, por tanto, tampouco se adoptou ningún acordo. A proposta do BNG para revisar as características do proxecto da senda peonil na zona das Casillas (Ordes) non foi considerada urxente. Votaron contra esta consideración, trámite previo ao debate real da iniciativa, os seis concelleiros do goberno (PP) e os tres edís saídos de UxO, o suficiente para ter maioría absoluta na corporación. O Bloque insistiu en que o trazado que formula o proxecto leva a senda peonil en varios puntos entre a estrada N-550 e as vías de servizo ou camiños laterais existentes. Valoran que deste xeito vanse crear situacións de “elevado risco para a seguridade viaria”. A súa proposta é que a senda peonil vaia sempre pola parte exterior das vías de servizo ou dos camiños laterais á N-550.

O camiño entre Buño e o límite co municipio de Trazo será reparado cun investimento de 91.000 euros. O Pleno do Concello de Tordoia aprobou a inclusión do proxecto de xeito adicional no Plan de Obras e Servizos (POS) de 2018, que financia a Deputación da Coruña. As obras consistirán na mellora do firme deste vial e tamén na limpeza das cunetas, de xeito que quede garantida a correcta evacuación das augas de chuvia para favorecer en todo momento a circulación e o mantemento da estrada en boas condicións durante máis tempo. Na mesma sesión, convocada con carácter extraordinario, a corporación de Tordoia aprobou outro proxecto para mellorar os camiños que van desde Vilarbó ata Espiñeiros, desde Lestido ata Andoio e desde Paraños ata a igrexa

Aspecto do trazado previsto

O goberno e os tres concelleiros non adscritos que o apoian coidan, pola contra, que o proxecto non precisa modificacións. Consideran que son válidos os criterios e estudos realizados para definir o trazado da senda, que está “ratificado e aprobado polo Ministerio de Fomento”, argumentan.

de Viladabade. Estas intervencións suman en conxunto un investimento duns 74.000 euros. COMPRA DE TERREOS Ademais, o Concello de Tordoia, dirixido por Antonio Pereiro como alcalde, acordou asumir o custo da adquisición dos terreos necesarios para acometer a construción de beirarrúas na estrada provincial 8401, a que vai desde A Tablilla ata o Agro do Mestre pola Pontepedra. A obra forma parte do Plan de Travesías da Deputación coruñesa e está valorada nun importe total de 198.000 euros. Outro acordo destacado da sesión plenaria foi o nomeamento dunha Mesa Permanente de Contratacións. É un organismo co que o Concello debe contar para darlle cumprimento á actual lei de contratos da Administración Pública, segundo informa o goberno local.


CRÓNICAS - Xullo 2018

7

PUBLICIDADE


CRÓNICAS - Xullo 2018

8

ACTUALIDADE MESÍA Campaña de visitas á fábrica cerámica e ao complexo das Brañas da Valga

Verea e Mesía divulgan o valor da arxila entre escolares da comarca

Presentación do programa por parte de Cerámica Verea e do Concello de Mesía

A empresa Cerámica Verea e o Concello de Mesía crean a campaña ‘Entéllate’ para promover o valor de recursos naturais como a arxila entre escolares da comarca. No programa participarán os colexios CPI de Xanceda (Mesía), CPI da Pontecarreira (Frades), CPI Armando Cotarelo (Boi-

morto) e CEIPs Castelao, Campomaior e Mesón do Vento (Ordes). A iniciativa diríxese en concreto a alumnado de sexto de Primaria. Comezará no vindeiro curso 2018-2019 e inclúe visitas ao complexo das Brañas da Valga, en Visantoña (Mesía), do que forma parte o Centro de In-

terpretación da Arxila. Nel realizarán unha visita guiada para coñecer a historia da cerámica en Galicia, técnicas de elaboración e evolución da industria cerámica e un obradoiro de barro, sen deixar de lado a profesión dos cabaqueiros ou a análise de sectores fundamentais para o rural e o seu impacto económico. Ademais, o alumnado visitará a fábrica de Verea en Lanzá (Mesía) para coñecer a elaboración das tellas. A empresa cerámica salienta que se fará fincapé en amosarlles aos escolares a robotización da factoría e o reducido impacto ambiental dos seus procesos industriais, que conta con diversas certificacións de calidade e medio ambiente. Verea ten capacidade para producir cincuenta millóns de tellas cada ano. A empresa, que acumula medio século de traxectoria industrial, conta cun equipo de 46 traballadores e traballadoras. Xa conseguiu exportar máis da metade da súa produción, con garantía de cincuenta anos, a países de catro continentes.

As tellas de Verea xa forman parte da Plataforma de Materiais Verdes Green Building Council España, un servizo para profesionais e empresas que ofrece información ambiental de produtos e sistemas construtivos, acaba de incluír as tellas de Cerámica Verea na súa Plataforma de Materiais Verdes. Deste xeito, as tellas fabricadas en Mesía contribúen a sumar créditos en diferentes categorías da construción sostible. A plataforma presenta de xeito áxil e claro a documentación necesaria para os selos de certificación VERDE, LEED e BREEAM, que acreditan o comportamento ambiental dos produtos e a súa contribución á calidade ambiental das edificacións. Verea confirma que a inclusión dos seus produtos nesta plataforma para profesionais supón un aval para o compromiso da empresa coa sostenibilidade en aspectos como os materiais e o deseño.

OROSO

COMARCA

A irmá de John Lennon contribúe a promover o Camiño

Os Concellos propoñen melloras do trazado do Camiño Inglés

Reunión da Asociación de Concellos do Camiño Inglés na Deputación

Recepción en Oroso a Julia Baird e a Real Orde de Cabaleiros de María Pita

A John Lennon quedáronlle moitas cousas por facer. Entre elas, o Camiño de Santiago. Agora, a súa irmá, Julia Baird, quixo saldar esa débeda e realizou o Camiño Inglés entre A Coruña e Santiago. Baird estivo acompañada por unha representación da Real Orde de Cabaleiros de María Pita, da

que foi nomeada embaixadora. En Oroso foi recibida polo goberno municipal, liderado por Manuel Mirás. A iniciativa contribúe ademais a promover o Camiño Inglés dentro do obxectivo final de que este itinerario sexa declarado Patrimonio da Humanidade.

Os Concellos polos que discorre o Camiño Inglés van trasladarlle ao departamento de Patrimonio da Xunta diversas propostas de mellora do trazado actual da ruta, así como das súas infraestruturas. É un dos acordos que se tomou na primeira reunión da Asociación de Concellos do Camiño Inglés, que se celebrou na Deputación da Coruña. Pola comarca ordense asistiu representación de Mesía,

Ordes e Oroso, os municipios polos que pasa este itinerario xacobeo. A entidade, que tamén aprobou os seus estatutos, pretende incorporar os Concellos da Coruña, de Ferrol, de Culleredo e de Cambre. Do mesmo xeito, manterá accións de promoción no exterior no condado de Durham (Reino Unido), orixe do Camiño, e en Galicia coa feira ‘Primavera no Camiño Inglés’ en Betanzos.


CRÓNICAS - Xullo 2018

9

PUBLICIDADE

En verano, jugamos y aprendemos

El Summer Camp de escuelaContalento está a pleno rendimiento y su actividad continuará también durante el mes de agosto. En Ordes y Oroso seguiréis contando hasta el comienzo del curso escolar con esta alternativa para conciliar la vida laboral y familiar, que permite que los niños y niñas disfruten del verano con múltiples actividades que combinan juego y contenido educativo, a cargo de monitores titulados. Nuestro campamento de verano cuenta con una programación lúdico-educativa semanal, para cuyo correcto desarrollo los alumnos son repartidos por grupos de edad. La recepción de los niños y niñas se realiza hasta las 10 de la mañana. A partir de esta hora las actividades se desarrollan en el exterior, siempre que el tiempo lo permite. A media mañana tomamos un tentempié y continuamos con nuevas actividades al aire libre hasta las 13:00 horas. El equipo de monitores se vale de variados juegos de presentación para integrar a los pequeños que se incorporan por primera vez al campamento y no conocen todavía a los compañeros. La complicidad se establece muy rápidamente porque se les plantean sucesivas actividades y pruebas, en su mayoría para abordar por equipos. La programación se diseña en función de las edades y características de cada grupo y por

supuesto también según la climatología prevista.

o a vecinos que encontramos por el camino.

Juegos populares, pruebas de equilibrio, carreras de relevos, yincanas, manualidades, juegos predeportivos… El movimiento nunca para en el Summer Camp, para estar en forma y para establecer lazos con los compañeros, promoviendo sanas actitudes de competición y de colaboración. También el movimiento está presente en otras actividades deportivo-culturales, como las sesiones de zumba o de iniciación al baile tradicional gallego. En ellas la práctica de ejercicio inherente al baile se acompaña de aprendizaje musical, por cuanto los niños y niñas ejercitan el ritmo y la coordinación.

Si estamos en el interior nunca faltan las tareas relacionadas con manualidades, lectoescritura, cuentos, canciones… El inglés es el complemento fundamental de todas nuestras actividades, tratando de animar al alumnado a utilizarlo y a facilitar su comprensión en las

Sin duda en el apartado de movimiento los juegos de agua son los favoritos de los alumnos cuando aprieta el calor, por eso están programados para todas las semanas. La programación del Summer Camp incluye también salidas a la piscina municipal. Pero cuando estamos en el exterior proponemos además muchas actividades cuyo objetivo fundamental es incentivar las habilidades sociales de los participantes. De hecho nuestras yincanas siempre incluyen pruebas que persiguen que en pequeños grupos entablen conversación o pidan indicaciones a responsables de establecimientos

tareas rutinarias o en las frases útiles protagonistas del día (por ejemplo las necesarias para completar una prueba de una yincana). Así pues, en el Summer Camp se ejercitan habilidades motoras a través del deporte y el juego de movimiento, así como habilidades sociales y el desarrollo del lenguaje. Pero además todo ello se hace bajo la premisa de trabajar valores y actitudes positivas. El respeto por el medio ambiente, la tolerancia, la igualdad, la concordia y el trabajo cooperativo son también objetivos de la programación del campamento. Por eso los monitores aprovechan las ocasiones pertinentes para abordar conceptos relativos a la inteligencia emocional y técnicas de resolución de conflictos. Consulta nuestros horarios y precios mediante los siguientes datos de contacto: 981 69 78 44 / 881 981 905. Email: ordes@escuelacontalento.es / oroso@escuelacontalento.es.


CRÓNICAS - Xullo 2018

10

ACTUALIDADE ORDES

OROSO Recíclanos borrando a información previa e instalando programas educativos

Declaran non gratos os integrantes da ‘Manada’

Recollen ordenadores en Oroso para familias con dificultades económicas

O pleno de Ordes acordou por unanimidade declarar non gratos os integrantes do grupo coñecido como ‘La Manada’, condenado por abuso sexual -a xustiza non o considerou violación- a unha moza no San Fermín de 2016. A proposta foi presentada polo BNG e tivo un engadido do PSOE para aplicala tamén a toda persoa condenada por violación, delitos ou abusos de índole sexual.

FRADES

Convenios con comisións e asociacións O Concello de Frades asinou os convenios con doce asociacións veciñais e comisións de festas para contribuír aos gastos das festas patronais de cada parroquia. A axuda municipal é de 500 euros en cada caso, que as entidades poderán empregar no pagamento do aluguer de carpas, gastos de electricidade, actuacións musicais ou pirotecnia.

O Concello de Oroso iniciou unha campaña solidaria de reciclaxe de ordenadores, que acondicionan para doalos a nenos e nenas de familias con dificultades económicas e favorecer así a súa inclusión social. A iniciativa está promovida polo Departamento municipal de Benestar Social, a cargo da concelleira Beatriz Rodeiro, e conta coa colaboración da empresa Infolitic. As persoas interesadas poden consultar no Concello onde deixar os equipos que queiran doar. A em-

presa encargarase de borrar de xeito seguro toda a información que conteñan. Despois instalará diferentes programas de software libre e ferramentas educativas especialmente pensadas para nenos e nenas de entre seis e doce anos de idade. Deste xeito, os ordenadores verán prolongada a súa vida útil xa que en vez de ser tirados pola persoa propietaria inicial son utilizados para que nenos e nenas poidan aprender con eles. O Concello explica que a per-

soa que doa un ordenador saberá en todo momento en que situación se atopa o equipo. Coñecerán por correo electrónico se foi regalado a unha familia beneficiaria do programa ou se, no caso de que o estado do equipo así o aconselle por non ser aproveitable, se procedeu á súa reciclaxe no punto limpo. Os nenos e nenas que reciban estes equipos asistirán ademais a un curso para aprender a utilizar os ordenadores e os programas que levan incorporados.

OROSO

Falecen o exalcalde Espiñeira e o exconcelleiro Amigo Oroso perdeu nas últimas semanas dúas figuras veteranas de relevancia na política local. Trátase de Amancio Espiñeira Pellit, alcalde do municipio entre os anos 1970 e 1977 que finou o pasado 24 de xuño, e de Juan Amigo Amigo, concelleiro na

corporación municipal nos anos oitenta e médico de atención primaria no centro de saúde de Oroso. Este último faleceu o pasado 9 de xullo. Distintas formacións políticas e figuras públicas de ámbito local amosaron o seu pesar por estes falece-

mentos e destacaron as traxectorias vitais de Espiñeira e de Amigo. O PP solicitou que no vindeiro pleno municipal, previsto para este xoves 26 de xullo, se garde un minuto de silencio en lembranza aos dous.

ORDES

OROSO

O PSOE piden máis vixilancia no paseo fluvial Ramiro Recouso

O BNG aspira a poder trasladar a Oroso o modelo de Allariz

Os socialistas de Ordes consideran necesario incrementar a vixilancia no paseo fluvial Ramiro Recouso como xeito de previr “comportamentos incívicos” que aprezan nos últimos meses na zona. Segundo indican, rexístranse danos de maneira periódica por causa do mal uso que algunhas persoas fan do espazo de lecer, situado nas inmediacións do Campo da Feira en Ordes. As principais consecuencias son a aparición de residuos e os danos no mobiliario. Emprazan ao Concello a intentar evitar os feitos con medidas disuasorias. Por outra parte, o PSOE de Ordes interesouse tamén pola saída de auga con cor ocre nunha canalización próxima ao centro de saúde. “Descoñecemos a súa procedencia pero a cor que presenta a auga non é nada normal”, afirmou o concelleiro Alejandro Manteiga, que lembra que o líquido vai parar ao río Mercurín. O goberno municipal aclarou-

A aparición de lixo e danos no mobiliario son habituais na zona de lecer

lle que non hai nada anormal nos feitos, xa que se trata das augas de sangrado da braña da zona. Non é ningún capítulo de contaminación, senón un proceso natural que se produce cada ano neste tempo e que sae a través das canalizacións existentes, de acordo coa explicación do Concello.

Responsables municipais de Allariz explicáronlle o seu proxecto aos visitantes

Integrantes da Asemblea do BNG de Oroso visitaron días atrás o Concello de Allariz (Ourense), gobernado por esta formación política desde hai tres décadas, para coñecer de primeira man as claves do proxecto nacionalista nese municipio, que o Bloque sitúa como emblema da súa xestión. Os nacionalistas aspiran a po-

der trasladar ese modelo a Oroso en aspectos como a economía sostible, a xeración de emprego, a recuperación do patrimonio artístico e cultural, a capacidade de facer partícipe a toda a veciñanza na transformación do concello, a dinamización económica, os servizos sociais de calidade ou a dinamización produtiva do rural.


CRÓNICAS - Xullo 2018

11

PUBLICIDADE


12

CRÓNICAS - Xullo 2018

ECONOMÍA E TRABALLO LEITE O novo ministro, Luis Planas, descarta que haxa reparos de Competencia

Madrid aposta por fin por etiquetar a orixe do leite ante os consumidores Os novos responsables do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación parecen decididos a dar algúns dos pasos que o sector leiteiro leva anos agardando. É o caso de incorporar de maneira obrigatoria a orixe da materia prima ao etiquetado do leite e dos produtos lácteos como medida de transparencia e de valor ante os consumidores. O propio ministro, Luis Planas, considera a medida “honesta de cara ao consumidor e transparente”. O titular de Agricultura explicou que o Goberno xa ten preparado o borrador do real decreto que incluirá tal obriga, implantada hai tempo noutros países da Unión Europea. De momento non hai data para aprobación do real decreto por parte do Consello Ministerial pero o ministro avanzou que o borrador xa está en mans do Consello de Estado para que emita o informe pertinente. A que si se pronunciou xa foi a Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC), á que lle parece que a indicación da orixe pode-

Coñecer a orixe da materia prima será unha ferramenta de utilidade á hora de mercar

ría supoñer unha restrición á libre circulación de mercadorías e á competencia efectiva. Pese á opinión deste organismo, tradicionalmente visto como un xerador de contratempos para o sector, Luis Planas considera que non haberá “reparos” para aprobar a norma. O

ministro lembrou que a propia Comisión Europea está de acordo co contido previsto para o real decreto. Planas ten o propósito de seguir potenciando os programas de promoción do consumo de leite e lácteos, así como contribuír a mellorar o valor engadido da materia prima.

PREZOS DO LEITE

MAIO / ABRIL (€/litro) Galicia Andalucía Aragón Asturias Baleares Canarias Cantabria Castela-A Mancha Castela e León Cataluña Extremadura Madrid Murcia Navarra Euskadi A Rioxa Valencia ESPAÑA

0,305 0,324 0,300 0,341 0,312 0,451 0,304 0,329 0,319 0,315 0,312 0,319 0,307 0,319 0,337 0,325 0,331 0,316

0,308 0,330 0,305 0,342 0,312 0,452 0,308 0,333 0,324 0,310 0,322 0,324 0,315 0,322 0,339 0,331 0,336 0,318

MEDIAS ESPAÑA MAIO 2014 0,365 2015 0,306 2016 0,292 2017 0,312 2018 0,316

PRODUCIÓN MAIO 2017

2018

Galicia 234.030 tn 243.069 tn España 625.085 tn 637.733 tn Fonte: FEGA (02-07-2018)

CERCEDA

ORDES

Premio de Liderado Empresarial para José González Fuentes

Entréganse os diplomas do plan de cualificación e emprego

O empresario José González Fuentes, orixinario de Cerceda, recibiu o XI Premio Liderado Empresarial que outorga a Confederación de Empresarios da Coruña. González Fuentes é o fundador do Grupo Luckia, unha das compañías mellor posicionadas no sector do xogo en España. A firma dá emprego a máis de 2.500 persoas e está en expansión por América Latina, Portugal, Croacia ou Malta. O empresario recibiu o galardón nun acto en Oleiros de mans do presidente da Xunta. Alberto Núñez Feijóo destacou que González Fuentes demostrou na súa traxectoria profesional “capacidade para adaptarse ao cambio e interpretalo como unha oportunidade” e fixo fincapé na súa capacidade de iniciativa. Feijóo aproveitou o acto para explicar que desde primeiros de xullo as empresas poden solicitar a súa participación no programa de unidades formativas, que fi-

Entrega dos diplomas do programa a parte das persoas que participaron

O fundador de Luckia recibe o premio de mans do presidente da Xunta

nancia con diñeiro público formación á carta en centros de traballo para persoas en activo ou en situación de desemprego, sempre adaptada ás necesidades de cada empresa para garantir que haxa man de obra cualificada para as novas oportunidades de emprego en cada sector.

As máis de vinte persoas que participaron no curso do Plan Integral de Cualificación e Emprego (PICE) recibiron os diplomas correspondentes tras o remate das clases en Ordes. Esta iniciativa foi organizada pola Cámara de Comercio da Coruña en colaboración do Concello. Estaba dirixida a mozos e mozas de ata trinta anos de idade que figurasen inscritas no ficheiro nacional de Garantía Xuvenil.

O plan ofreceu unha formación troncal durante 65 horas sobre habilidades sociais, a empregabilidade ou a busca de emprego por internet. Ademais, desenvolvéronse unha serie de sesións con contidos relacionados co persoal dos ámbitos do pequeno comercio e a hostalería e do sector turístico. O programa está subvencionado con fondos europeos e ministeriais dentro do sistema de Garantía Xuvenil para o emprego.


CRÓNICAS - Xullo 2018

13

ECONOMÍA E TRABALLO TÉXTIL Cren que atopará traballo un mínimo do 45% das que sigan os itinerarios

O plan de inserción laboral custa 4.000 euros por cada vítima dos ERE O plan para a inserción laboral das persoas afectadas polos Expedientes de Regulación de Emprego (ERE) no sector téxtil ten un custo duns 4.000 euros por caso. A iniciativa, xa autorizada polo Consello da Xunta, prevé favorecer a 300 persoas, a maior parte da comarca de Ordes, e orzamentouse en 1,2 millóns de euros. O desenvolvemento do plan será posible mediante un acordo entre a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a Confederación de Industrias Téxtiles de Galicia (Cointega) e os sindicatos UXT e CCOO. A financiación do plan procede en gran medida do Fondo Europeo de Adaptación á Globalización. Galitex limítase a todas as persoas afectadas por ERE entre o 30 de xullo de 2016 e o 30 de abril de 2017. Un 83,5% son mulleres con idades de entre 30 e 54 anos. A previsión é que un 70% das persoas beneficiarias potenciais do programa poida mellorar a súa empregabilidade e que cando menos o 45% das que se impliquen nos itinerarios personalizados com-

Protesta das empregadas do grupo Deus contra os impagos da empresa (arquivo)

pletos logre atopar un novo traballo. A base do programa é ofrecer solucións a medida de cada caso, cun acompañamento individualizado. Parte de entrevistas nas que se avalían as posibilidades de reincorporación ao mercado laboral para deseñar obradoiros informativos sobre formación, orientación laboral, cur-

sos de formación, apoio á colocación observando as necesidades e as ofertas das empresas da zona, apoio ao inicio de actividades económicas por conta propia. Ademais, ofrece axudas económicas para participar no programa e bolsas de conciliación para quen teña un menor de nove anos ou unha persoa dependente a cargo.

Firmas do sector en Ordes figuran entre os principais morosos con Hacienda Empresas do sector téxtil vinculadas a Ordes figuran entre as persoas físicas e xurídicas que máis adebedan a Hacienda en toda Galicia, segundo o listado feito público hai uns días pola Agencia Tributaria. En concreto, Confecciones Deus acumula entre débedas e sancións 3,3 millóns de euros en contas pendentes co fisco. Por parte de Confecciones Fraga SL, tamén radicada na Rúa da Canteira de Ordes, o importe suma outros 2 millóns de euros máis. E Confección Ideal SL presenta outros 1,5 millóns de euros pendentes. No listado, que en Galicia encabeza a antiga inmobiliaria Martinsa-Fadesa con máis de 50 millóns de euros de débeda, aparecen nomes de empresas moi relevantes anos atrás na comarca, como Ferralla Lois (4,2 millóns de euros de débeda) ou Conjunto Residencial Órdenes SL (1 millón).

COMARCA Cerceda, Tordoia e Trazo presentan tamén unha iniciativa conxunta

COMARCA

Frades, Mesía e Ordes solicitan un obradoiro de emprego forestal

O Concello de Santiago programa diversos curso de formación para o emprego

Sinatura do acordo entre os alcaldes de Frades, Ordes e Mesía (de esq. a dta.)

Os Concellos de Frades, Mesía e Ordes van solicitar un obradoiro de emprego conxunto, que se centrará en dúas especialidades do ámbito forestal, a de repoboacións e tratamentos silvícolas e a de actividades auxiliares en conservación e mellora de montes. A iniciativa, bautizada como Brañas dos Illós-Río Samo por ser a

zona de confluencia dos tres municipios, tería unha duración de nove meses. Daría formación e emprego a vinte persoas, das que dez serían de Ordes, cinco de Frades e cinco de Mesía. O orzamento total é de case 340.000 euros. Os lugares de desenvolvemento da parte práctica serían diversas áreas lúdicas, parques infantís, par-

celas públicas ou prazas. Os alcaldes dos tres Concellos -Roberto Rey por Frades, Mariano Iglesias por Mesía e José Luis martínez Sanjurjo por Ordes- asinaron o acordo para presentar a solicitude ante a Consellería de Economía, Emprego e Industria. O obradoiro é de tipo dual, polo que a Xunta tamén prevé recursos para a contratación de alumnado por empresas privadas. Por outra parte, tamén os Concellos de Cerceda, Tordoia e Trazo teñen previsto un obradoiro de emprego en conxunto. Entre as accións que se acometerían con este obradoiro, estaría o arranxo da casa rectoral da parroquia de Anxeriz. OROSO En relación cos obradoiros de emprego, o PP de Oroso acusou ao goberno municipal de “desidia” por quedar sen participar nas axudas a estes proxectos mixtos de formación e emprego. O seu portavoz, Alexander Doval, puxo en dúbida a vontade do Concello de loitar contra o paro.

A Oficina de Emprego de Ordes divulgou a convocatoria de diversos cursos de formación por parte do Concello de Santiago durante este mes de xullo. Trátase dun curso de xestión de residuos urbanos e industriais (470 horas, das que 120 son prácticas non laborais en empresas), operación de estacións de tratamento de augas (600 horas, das que 80 son prácticas non laborais en empresas) e montaxe e mantemento de sistemas domóticos e inmóticos (540 horas, das que 120 son prácticas non laborais en empresas). As persoas que participen nestes cursos poden optar a unha bolsa de 350 euros mensuais e axuda para o transporte diario. Deben ter entre dezaseis e trinta anos de idade, figurar como demandantes de emprego no Sistema de Garantía Xuvenil e contar coa ESO ou equivalente. Máis información chamando ao teléfono 981 543 060.


CRÓNICAS - Xullo 2018

14

XENTE DE AQUÍ COMARCA

TORDOIA A celebración entregoulles placas conmemorativas a maiores de 90 anos

O Servizo de Normalización Lingüística activa a súa xincana estival

A Romaría da Terceira Idade supera as 800 participantes

Celebración da actividade en Tordoia

O Servizo de Normalización Lingüística da Mancomunidade de Ordes leva os seus obradoiros de lingua galega aos distintos municipios da comarca durante estes meses de xullo e de agosto. Trátase dunha proposta para nenos e nenas de entre seis e doce anos de idade que combina os aspectos lúdico e didáctico mediante probas como carreiras de obstáculos, a busca do tesouro ou outros xogos. A iniciativa está pensada para estimular entre a xente máis nova actitudes favorables ao uso xeralizado da lingua galega e mellorar o seu coñecemento.

A Romaría da Terceira Idade de Tordoia superou este ano as oitocentas persoas participantes. A celebración, como é habitual, celebrouse baixo unha ampla carpa situada na chaira próxima ao campo de fútbol da Rega, preto do núcleo urbano da Pontepedra. Seguindo o guion propio deste ágape multitudinario, tras a misa celebrouse unha sesión vermú. E entre unha cousa e outra, interviu o alcalde, Antonio Pereiro, para agradecer a participación na festa e desexar que a diversión non faltase durante tal xornada de encontro. Aínda antes de xantar, procedeuse a entregar placas conmemorativas a todas as persoas de noventa ou máis anos de idade presentes na festa. E despois da comida actuou un conxunto musical para propiciar o baile e animar as horas que quedaban aínda antes de retornar cadaquén para a súa casa.

Os máis veteranos da festa, xunto co alcalde de Tordoia (cuarto pola esquerda)

A festa, de carácter anual, celebrouse baixo carpa na zona da Rega, na Pontepedra

ORDES

FRADES

Fin de curso da escola de música

Ampla festa infantil con día de sol na piscina municipal

A afluencia de público á piscina viuse favorecida polas temperaturas altas

A Escola Municipal de Música de Ordes rematou o curso cun concerto na Casa da Cultura no que participaron máis dun cento de alumnos e alumnas. As actuacións encheron o auditorio.

A festa infantil que o Concello de Frades organizou na piscina municipal en Papucín a primeiros de xullo reuniu unhas setecentas persoas, segundo o reconto municipal. A asistencia viuse favorecida por unha xornada de sol e temperaturas elevadas.

Atraccións na auga e na contorna da piscina, obradoiros de xogos, un espectáculo musical, un tren turístico que percorreu parte do municipio, unha merenda saudable e unha campaña de reciclaxe de residuos foron parte da programación da xornada.


CRÓNICAS - Xullo 2018

15

XENTE DE AQUÍ COMARCA O profesor, falecido en 1999, será o homenaxeado no Día das Letras Galegas do vindeiro 2019

Sabes que viña facer Antón Fraguas a Ordes? Seguramente hai persoas na comarca que aínda se acorden do profesor Antón Fraguas, aquel que nos anos sesenta e setenta viña varias veces no curso á vila como membro dos tribunais que avaliaban os seus exames de cambio de nivel de estudos. Por exemplo, os do chamado preu, precursor da posterior selectividade. Aquel home, ao que a Real Academia Galega da Lingua decidiu hai unhas semanas dedicarlle o Día das Letras Galegas de 2019, distaba moito de ser un aburrido examinador. Ao contrario, foi un dos persoeiros máis relevantes da nosa cultura no século XX e durante a súa vida desenvolveu unha intensa paixón divulgadora. Fraguas Fraguas, que naceu en 1905 e finou en 1999, era Licenciado pola Facultade de Filosofía e Letras, na sección de Historia, e cultivou a historia, a etnografía, a antropoloxía ou a xeografía. Exerceu como profesor de instituto e universitario e era un gran coñecedor da cultura tradicional galega en aspectos como as festas, a literatura oral, as crenzas ou o traxe e o folclore galegos. Na súa ampla actividade intelectual deixou unha fonda pegada gale-

guista e humanista, patente nos múltiples libros, artigos e outros textos que deixou. Durante a súa traxectoria estivo ao servizo de institucións tan relevantes como as Irmandades da Fala, o Seminario de Estudos Galegos, o Partido Galeguista, a Real Academia Galega, o Museo do Pobo Galego ou o Consello da Cultura Galega. O seu compromiso coa terra implicou tamén algunhas amarguras propias dos anos máis negros que lle tocou vivir á súa xeración. De feito, foi represaliado polo fascismo e suspendido de emprego e soldo en 1936 por ser integrante do Partido Galeguista. PAZOS, BO COÑECEDOR Unha das persoas da comarca que chegou a coñecer a Antón Fraguas é Manuel Pazos, presidente da asociación Obradoiro da Historia. Foi en Santiago, en abril de 1998, dentro dunha serie de encontros que a entidade sostivo entón cos que define como “os mestres do noso pobo” para agradecerlles o seu labor. Pazos confésase admirador de “Don Antón, un persoeiro xeneroso, amable, conversador, que desfrutaba

Manuel Pazos (esq.) e Antón Fraguas no mes de abril de 1998 (fotos: Manuel Pazos)

contando unha vida exemplar ao servizo de Galiza”, afirma o historiador natural de Oroso. A raíz da entrevista, que se produciu menos de dous anos antes da morte de Fraguas, Pazos elaborou un artigo para o número 3 de ADRA, a revista dos socios e socias do Museo do Pobo Galego. O texto, publicado en 2008, recolle a personalidade sinxela do intelectual, os seus am-

plos coñecementos etnográficos ou a súa admiración pola música, ademais de lembrar os seus ánimos ao traballo de Obradoiro, asociación que por entón contaba pouco tempo e moitos atrancos, e de debullar anécdotas como cando Fraguas estivo a punto de ser atropelado cando ía mercar un queique en Ordes nun descoido cando cruzaba a estrada. “O susto foi tremendo”, lembraba.

ORDES

Mari Carmen Caramés presenta o seu libro ‘A Madriña’ en Ordes Mari Carmen Caramés Gorgal presentou en Ordes o seu libro A Madriña, editado por Fervenza. A obra utiliza o vínculo entre as súas protagonistas, Tareixa e a súa avoa, como ferramenta para analizar e comparar as vivencias e concepcións sociais das mulleres ao longo das últimas décadas no noso ámbito. De feito, a histo-

ria ten como contexto principal as aldeas de Mercurín e de Merelle. O libro presentouse na biblioteca de Ordes. A autora estivo acompañada pola concelleira de Educación, Susana García, polo escritor e xornalista Ramón Vilar Landeira, polo investigador Armando Requeixo e polo profesor Xosé Manuel Lobato.

Presentación do libro de Caramés Gorgal na biblioteca de Ordes

Rúa Romero Donallo 23 baixo. 15706. Santiago 620967549/ wwweco360galicia.com/ admin@eco360galicia.com


CRÓNICAS - Xullo 2018

16

XENTE DE AQUÍ ORDES

ORDES

A Asociación de Amas de Casa triunfa coa súa obra teatral

Os cursos municipais de pintura expuxeron os seus traballos

O cásting da Polaca recibiu abundantes aplausos do público

Numerosas persoas acudiron ao acto de apertura da mostra, de 200 obras

A Asociación de Amas de Casa e Consumidores de Ordes estreou con éxito ‘O cásting da Polaca’, obra teatral na que integrantes deste colectivo estiveron dirixidas por Nekane Fernández. A peza escenifica as distintas probas que deben realizar varias actrices para obter un papel nun

Os cursos municipais de pintura de Ordes expuxeron diversos traballos realizados polo seu alumnado na última tempada. A mostra estivo aberta durante unha semana no Museo do Traxe Juan José Liñares. En total, as persoas que se achegaron de balde a contemplar

novo proxecto da directora coñecida como A Polaca. O texto da representación conta cun importante compoñente de diversión e de humor. Entre os múltiples espectadores e espectadoras desta estrea estiveron o alcalde, José Luis Martínez, e a concelleira Ana Soneira.

a exposición puideron observar unhas duascentas obras, con motivos, técnicas e estilos moi diferenciados. A inauguración da exposición estivo moi concorrida. Como representación municipal acudiu o concelleiro de Cultura do goberno de Ordes, José Manuel Mira.

FRADES

OROSO A formación tivo ao longo da súa historia numerosos músicos de Oroso

Curso de confección e patronaxe para quince veciñas de Frades durante o mes de xullo

O cuarto Festival de Oroso homenaxea a Banda de Ordes

Explicación nunha das clases

Quince veciñas do municipio de Frades asisten durante este mes de xullo a un curso de costura organizado polo Concello. As clases desenvólvense os martes e os venres no local polivalente contiguo ao consistorio. En total serán 24 horas de formación que se empregarán en explicar os coñecementos máis básicos sobre técnicas de confección e de patronaxe. Encárgase de impartir o curso persoal dunha empresa que anteriormente ofreceu tamén clases de cociña.

O cuarto Festival de Bandas de Oroso tivo como homenaxeada a Banda de Música de Ordes, que ao longo da súa historia tivo e continúa tendo numerosos integrantes de Oroso. Estas persoas recibiron un recoñecemento especial. A celebración tivo lugar na igrexa e no campo da festa da parroquia de Senra, qeu conta cun palco tradicional de música. Foi organizada polo Concello de Oroso en colaboración coa Asociación de Veciños de Senra e a Deputación da Coruña. O acto estivo presidido polo alcalde de Oroso, Manuel Mirás. Non faltou unha mención especial ao fundador e presidente de honra da Banda e da Asociación Cultural Amigos da Música de Ordes, Manuel Concheiro. Tras un xantar de confraternidade, actuaron as bandas de música de Arca (O Pino) e de Ordes, para dar paso a unha verbena.

A celebración tivo lugar no campo da festa de Senra ante numeroso público


CRÓNICAS - Xullo 2018

17

PUBLICIDADE


18

CRÓNICAS - Xullo 2018

DEPORTES FÚTBOL A documentación asinada ante notario incluía un préstamo con tipos de xuro moi elevados

O Cerceda desaparece da competición por mor do desastroso acordo económico co Lugo O Cerceda non xogará ao fútbol a vindeira tempada. O propio club comunicoulle á federación que non participará en competición algunha no curso 2018-2019. A causa está na súa precaria situación económica, que o levou a descender á categoría rexional como penalización por impagos aos futbolistas. Remata así a aventura de xogar na Segunda División B, unha oportunidade que a entidade quixo aproveitar na tempada recén rematada pero que acabou sendo un desastre. A clave está nas condicións económicas do acordo para a xestión deportiva ao que se chegou co Lugo. O alcalde de Cerceda, José García Liñares, que non ten relación coa xestión do club, asegurou nunha entrevista en RNE que ese acordo “foi a morte do Cerceda”. Agora, unha asemblea de socios podería decidir a disolución. Tal como expuxo o rexedor, competir na categoría implicaba pagar os 133.000 euros de débeda que os equipos que perderan a súa praza non puideran afrontar. O acordo ao

que se chegou co Lugo implicaba que esta entidade achegase o diñeiro. Pero en realidade o que se asinou ante notario foi un préstamo con xuros do 8% nos primeiros meses e do 18% despois. Incluso contemplaba que o Lugo podía esixir o diñeiro practicamente en calquera momento. García Liñares considera que o

acordo quedou “desvirtuado” no documento asinado. “O club podía ter contado con outros inversores e antes que pedir un préstamo nesas condicións pídese a un banco, que dá máis prezo con menos intereses”, explicou o alcalde, vinculado desde hai anos ao mundo do fútbol. O cese da competición afecta tamén aos oito equipos de base cos

que contaba o Cerceda. En realidade trátase das escolas deportivas de fútbol do Concello, que xogaban co nome da entidade. Segundo o alcalde, os pais e nais barallan crear un club propio como ferramenta para poder competir, aínda que tamén exista a opción de xogar como parte de calquera dos outros tres clubs de fútbol existentes no municipio.

A Agencia Tributaria embárgalle o campo ao C.F. Mesón por unha débeda de case 100.000 euros A Agencia Tributaria procedeu a embargar o campo do Club de Fútbol Mesón do Bento por unha débeda que en maio de 2015 ascendía a case 98.400 euros. A finca, situada en Ardemil preto do núcleo do Mesón, é o único activo actual do club, que leva anos sen competir pero non está disolto como tal. A débeda xerouna a xestión dunha directiva anterior á actual na tributación do IVA de cando menos os exercicios económicos de 2009 e de 2011. Segundo puido averiguar Crónicas de fontes de toda credibilidade, os

técnicos de Hacienda valoraron a propiedade en marzo de 2016 en 110.671 euros. A intención, unha vez consumado o embargo, é sacar o ben a subasta pública. Desde o Concello de Ordes confirmaron a intención de estar pendentes desa subasta por se resultase factible facerse co terreo para que pase a ser de titularidade municipal. Iso si, tería que ser a un “prezo razoable”. O terreo figura no Plan Xeral, pendente de aprobar, como equipamento deportivo. Ao seu carón hai máis terreos propiedade do Concello.

PATINAXE Organizado polo club Galia en colaboración co Concello e diversas firmas comerciais

O IV Trofeo de Ordes suma 370 participantes

Ana Soneira, concelleira de Deportes ordense, entregou os premios do trofeo, que se desenvolveu no pavillón polideportivo Castelao I

A participación das entidades locais CP Oroso e CP Galia de Ordes obtivo premios en varias categorías da competición

O IV Trofeo Concello de Ordes de Patinaxe Grupos Show sumou 370 participantes de entre seis e dezasete anos de idade, procedentes de quince equipos das provincias da Coruña e de Pontevedra. Na categoría de grupos grandes de Primaria gañou o Conxuro da Laracha. En grupos pequenos de Primaria o primeiro foi o club Axel de Arteixo e o club de Oroso foi segundo. En cuartetos de Primaria, tamén primeiro premio para o Axel e terceiro posto para a entidade de Oroso. En Secundaria, primeiro posto nos grupos grandes para o CP Oroso, para o Axel en grupos pequenos e para o Conxuro da Laracha en cuartetos. E xa na categoría xuvenil nacional venceu o club Omega, de Ames, con segundo posto para o club Galia de Ordes. Esta entidade foi a organizadora da proba deportiva coa colaboración do Concello de Ordes e das firmas comerciais Tres Lápices, Rei de Copas, Zentrum, Feitizo, Autocares Rogelio, Bar Susa, Costura Lola, Alpi, arquitectura Leandro del Río, Froitería Agarimo, A Bolera e Café Castro.


CRÓNICAS - Xullo 2018

19

PUBLICIDADE

La técnica consiste en la terapia física a través de sutiles manipulaciones sobre puntos clave de la musculatura y de las fascias, consiguiendo activar los recursos de sanación inherentes al propio organismo. Estos procesos autorregulatorios se caracterizan por una relajación corporal y mental profunda, provocando un alivio duradero del dolor e incrementando los niveles de energía. La técnica puede ayudar eficazmente a la recuperación de dolencias en personas de cualquier edad consiguiendo una normalización de todas las funciones corporales.

Negreira

Pza. do Concello Portal 3 5ºJ

CITA PREVIA: 647 136 135

citas-previas@bowtechgalicia.com

www.bowtechgalicia.com


20

CRÓNICAS - Xullo 2018

DEPORTES FÚTBOL Varios equipos do Xuventude gañaron as súas ligas e a Copa do Sar, que tamén obtivo o Sigüeiro senior

Oroso recoñece a gran tempada do seu fútbol local O Concello de Oroso organizou un acto de recoñecemento especial para os equipos de fútbol locais que acadaron grandes éxitos na tempada rematada hai unhas semanas. Os equipos alevín A e B e infantil B e C do Xuventude gañaron a súa liga. O infantil e o cadete gañaron a Copa do Sar, xesta que tamén logrou a formación sénior do Sigüeiro. O alcalde, Manuel Mirás, destacou que o número de éxitos é propio dun municipio de moito maior tamaño. O concelleiro de Deportes, agradeceu o esforzo das entidades deportivas e das familias.


CRÓNICAS - Xullo 2018

21

DEPORTES SALVAMENTO E SOCORRISMO

Lara López, campioa de España en bandeiras e subcampioa en sprint A ordense Lara López tivo unha participación moi exitosa no Campionato de España de Salvamento e Socorrismo Xuvenil e Júnior, que se disputou a mediados de xullo na praia do Ézaro, en Dumbría (A Coruña). López é a nova campioa de España en categoría xuvenil na proba de bandeiras, na que se mediu ante outros 114 deportistas.

Este triunfo acadouno na derradeira xornada do campionato. Xa no primeiro día, López acadara a segunda posición na proba de sprint praia, tamén na categoría xuvenil. Neste caso competiron un total de 119 persoas. Galicia achegou a maior participación do campionato, con 80 dos 406 deportistas en liza.

FÚTBOL

ATLETISMO

Curso de monitor de fútbol base en Ordes

María Pena, subcampioa de España María Pena Ferreiro é a nova subcampioa de España en lanzamento de xavelina, dentro da categoría sub16. A atleta ordense, pertencente ao Club Atlética A Silva-Ordes, acadou a medalla de prata cunha marca de 44,90 metros. É ademais o seu mellor rexistro persoal. Para o seu adestrador, José Domínguez Caballero, esta foi a decimoquinta medalla obtida a través dos deportistas de prepara. Poucas horas despois do éxito de Pena Ferreiro chegaría a número dezaseis, obtida por Dani Mato, atleta do club Millaraio.

O 3 de agosto remata un curso de monitor de fútbol base da Federación Galega de Fútbol nas instalacións deportivas de Vista Alegre (Ordes), en colaboración co Concello. Están participando nesta iniciativa quince alumnos. Cando acabe terán acumulado 65 horas de formación para obter o diploma federativo. A concelleira de Deportes, Ana Soneira, ofreceu a predisposición a acoller máis cursos deste tipo e destacou a mellora que supón contar con monitores ben preparados.

Comuniones 2018


22

CRÓNICAS - Xullo 2018

DEPORTES FÚTBOL Habilidades técnicas e valores deportivos

O Dépor Campus formou corenta participantes na práctica do fútbol A segunda edición do Dépor Campus, que se desenvolveu nas últimas semanas no complexo deportivo de Vista Alegre (Ordes), formou uns corenta participantes de entre seis e catorce anos de idade. Esta iniciativa, organizada polo Deportivo da Coruña en colaboración coa Mancomunidade, caracterízase por aplicar o que chaman Método Dépor, que ensina habilidades

e conceptos en relación co corpo, co balón e co opoñente, así como aspectos coordinativos. Ademais, incide nos valores deportivos de respecto, solidariedade, xogo limpo, integración ou esforzo. Na entrega de diplomas participaron a concelleira de Deportes de Ordes, Ana Soneira, e o presidente da S.D. Club Ordes, Toño Vázquez, designado recentemente.

TAEKWONDO Boudjenane, Soneira e Blanco

Un ouro e dous bronces para os ordenses no XI Open de Basauri Tres deportistas pertencentes ao Club BoudSport de Ordes obtiveron medallas no undécimo Open de Basauri 2018, formando parte da selección galega. Trátase de Mateo Boudjenane Liñares, que acadou a medalla de ouro en categoría -41, e de Sara Soneira Balado e de Olaya Blanco Sánchez, que se fixeron coas medallas de

bronce nas súas respectivas categorías de -47 e -55. Na competición participaron equipos de Madrid, Cataluña, Navarra, Galicia e Euskadi. Boudjenane, Soneira e Blanco foron os tres integrantes da entidade ordense convocados para a selección galega cadete para o que é o campionato por seleccións autonómicas máis relevante.

COMPETICIÓNS

FÚTBOL

Inscricións no XI Torneo de Tenis de Mesía ata o 1 de agosto

O F.C. Visantoña busca novas fornadas de futbolistas

O XI Torneo de Tenis Concello de Mesía admite inscricións ata o 1 de agosto. O sorteo do cadro de competición será o día 2 e o día 3 será publicado. Os partidos iranse disputando no complexo deportivo de Mata (Xanceda) en prazos semanais e co horario acordado polos opoñentes ata chegar ás finais o 25 de agosto. O torneo convocouse con categorías masculina, feminina e dobres, que pode ser mixta ou non. O sistema de competición en dobres será por eliminación automática ao mellor de dous sets. En categorías individuais, os perdedores das dúas primeiras rondas competirán entre eles pola Copa de Prata. Os gañadores pasarán ás semifinais da Copa de Ouro. Este sistema de competición é unha novidade este ano que busca dar máis xogo.

O Fútbol Club Visantoña, de Mesía, prepara as súas categorías de fútbol base para a tempada 2018-2019 en colaboración co Concello. Para iso, todos os rapaces e rapazas interesadas en participar deben contactar co teléfono 650 35 46 24, preferiblemente antes do 30 de xullo.

CARREIRA Por outra parte, para este sábado 28 de xullo está prevista a

Carreira e a MiniCarreira do Concello de Mesía. A proba principal é de 12 quilómetros de percorrido, xusto o doble da versión reducida. As inscricións deben efectuarse como moi tarde este 26 de xullo, cubrindo un formulario dispoñible na páxina web do Concello de Mesía. Os corredores e corredoras de todas as probas terán que recoller os seus dorsais entre as 17:30 e as 18:30 horas. A saída da MiniCarreira será ás 19:00 horas e cinco minutos despois sairá a proba principal. As carreiras de base, desde a categoría cadete á pitufa, sairán a partir das 20:15 horas. Tanto a saída como a chegada será na contorna do campo de fútbol municipal en Visantoña. Entregaranse trofeos ás tres primeiras persoas clasificadas en cada categoría, ao primeiro e primeira da xeral da Carreira e á persoa de maior idade que participe, así como medallas para todas as categorías de base.

A entidade convoca para formación e para competición as categorías xuvenil (nacemento nos anos 2000, 2001 ou 2002), cadete (2003 ou 2004), infantil (2005 ou 2006), alevín (2007 ou 2008), benxamín (2009 ou 2010), prebenxamín (2011 ou 2012) e biberón (2013 ou 2014).

AXUDAS

Ultiman a concesión de axudas a deportistas en Ordes O Concello de Ordes ultima a concesión de axudas a deportistas individuais na súa convocatoria de 2018. Hai uns días publicou a relación provisional de solicitudes presentadas e admitidas. Son en total vinte e dúas persoas, de es-

pecialidades como o atletismo e o taekwondo. Foron todas admitidas, sen que se excluíse ningunha. O trámite abriu un prazo de dez días para que as persoas interesadas presentasen posibles alegacións. Son os pasos previos para a concesión definitiva.


CRÓNICAS - Xullo 2018

23

OPINIÓN

Por un xornalismo feminista Xornalistas Galegas Mulleres profesionais de todos os ámbitos da comunicación, xornalistas, fotoxornalistas, comunicadoras, formadoras, investigadoras, técnicas audiovisuais e demais produtoras de información en calquera soporte mediático, coincidimos na necesidade de articular un colectivo profesional feminista que impulse a produción dun xornalismo con perspectiva de xénero que se reflicta tanto na información que xeramos como nas condicións nas que a elaboramos, é dicir, un xornalismo con perspectiva de xénero externa e interna. Como mulleres padecemos o machismo do mesmo xeito que todas as nosas iguais e como xornalistas estamos suxeitas a unhas condicións profesionais e laborais específicas que perpetuan a desigualdade de xénero dun xeito que consideramos inasumible. Na nosa dobre condición de mulleres xornalistas enfrentámonos como noutros sectores á precariedade laboral, á fenda salarial, ao teito de cristal, ao chan pegañento, ao ninguneo ou ao paternalismo. Pero tamén á contradición de formar parte dunha poderosa maquinaria de creación de opinión, o chamado cuarto poder, que demasiadas veces non achega ao mundo a necesaria loita pola igualdade que todas e todos debemos esixir aos medios, empresas e entidades de comunicación. Porén, a nosa condición de xornalistas outórganos tamén unha oportunidade única de reverter esta situación e incidir na creación dunha corrente de opinión masiva que esixa aos medios de comunicación e plataformas informativas públicas e privadas un xornalismo implicado co feminismo e a igualdade real. Temos nas nosas mans o maior altofalante da sociedade actual: os medios de comunicación, axentes socializadores e formadores de opinión. De nós depende comprometelos coa causa fe-

minista na procura da erradicación definitiva do machismo e o sexismo. Depende só de nós, pero de todas nós. Por iso imos traballar unidas, conformando unha rede de seguridade para todas as mulleres xornalistas -entendendo sempre o termo en sentido amplo, como todas as que facemos posible os contidos informativos- de modo que ningunha volva sentirse soa nesta causa. Porque despois das mobilizacións masivas en toda Galicia e en toda España o 8M, as mulleres e nomeadamente as mulleres xornalistas, temos aprendido que as nosas voces xuntas chegan ata onde nós decidamos. Témonos empoderado nun momento histórico clave para o desenvolvemento futuro da muller e temos substituído a vella concepción do xornalismo como un oficio competitivo e individualista pola idea renovada dun xornalismo colectivo e solidario que aúne forzas para o ben común. E o noso ben común non é outro que un xornalismo honesto e comprometido que só se pode acadar se interioriza de xeito definitivo a perspectiva de xénero para acadar unha sociedade xusta e igualitaria. O xornalismo será feminista, ou non será. Por iso as asinantes deste manifesto comprometemos o noso esforzo conxunto para crear un colectivo de xornalistas feministas galegas que permita avanzar na consecución dos seguintes obxectivos: 1. Visibilizar a muller nos medios de comunicación, como especialistas, opinadoras e expertas en diferentes ámbitos, equiparando a súa presenza coa masculina. 2. Desestigmatizar a presenza da muller na información a través da erradicación de ofensas de xénero, roles sexistas, estereotipos de xénero e difundindo iniciativas que contribúan á igualdade.

3. Instaurar o tratamento especializado da violencia de xénero nos contidos dos medios a través da formación deontolóxica e a instalación da perspectiva feminista nos editores de contidos. 4. Realizar unha “vixilancia feminista” dos contidos dos medios e denuncia pública e directa das publicacións machistas ou sexistas. 5. Promover iniciativas profesionais feministas que eduquen e xeren conciencia social. 6. Incrementar a presenza das mulleres nos postos de responsabilidade das empresas de comunicación e rachar o teito de cristal. 7. Controlar o cumprimento real das medidas de conciliación familiar e laboral con especial atención á particularidade dos horarios dos medios de comunicación e tarefas xornalísticas en xeral. 8. Avaliar e reorientar a situación laboral da muller en ámbitos concretos da produción xornalística –acabar coas temáticas femininas, atención ás xornalistas deportivas, eliminación de estigmas laborais de xénero… 9. Integrarnos nas iniciativas de xornalistas e comunicadoras feministas estatais vinculadas á plataforma Las periodistas paramos, xurdida a raíz das mobilizacións do 8 de marzo de 2018. 10. Colaborar con outras iniciativas feministas e entidades do ámbito da comunicación implicadas na consecución dun xornalismo con perspectiva de xénero. Santiago, 7 de xullo de 2018 * Manifesto de Xornalistas Galegas, entidade conformada por máis de 200 mulleres profesionais das Ciencias da Comunicación que desenvolven a súa actividade en Galicia en defensa dun xornalismo con perspectiva feminista.

Fame negra, 1710 Carlos Calvo Varela Foron terríbeis as fames dos anos 1709 e 1710 na comarca. Deron testemuño delas varios escritos da época, pero comezamos por este, da autoría dun fidalgo de Ordes: “[...] foi tanta a necesidade que os pobres deste lugar chegaron a

comer estrugas, labazos, urces e cardos, liñaza e outros legumes. A meirande parte da xente deu en pedir ostiatim e algúns a furtar e roubar, rompendo casas e igrexas, matando vacas, bois, carneiros, castróns polo día e de noite, de tal xeito que non había cousa segura”.

[Citado en P. Saavedra, La vida cotidiana en la Galicia del Antiguo Régimen, Barcelona, Crítica, 1994, p. 81. Estou case seguro de que este texto foi incluido no libro das Festas da Santa Eufemia de Barbeiros por volta do ano 2000 ou próximos.]

Os paxariños da Alameda A oferta era xenerosa, como todas as que fan as gaivotas cando de verdade queren ampliar a familia. Gastos de mudanza pagados, posición preferente no niño, mobiliario totalmente novo sen nada de deseños suecos, total liberdade de movementos para decidir que aves podían quedar e cales tiñan que marchar do niño e incluso certos dereitos de veto en niños veciños. Por suposto, un amplo recibimento que serviría ademais de alarde polas dúas partes. Pero... ...pero todo fallou. No último momento houbo que desavisar a empresa de mudanzas. Din que algún moble xa estaba pagado e a punto de ser colocado e houbo que ver se a compra tiña dereito a devolución. Ese non foi o principal motivo de cabreo, claro está. Hai gaivotas que piden non tolerar tamaña traición e que se pase ao escarnio directamente. Responder á humillación con infinitas humillacións. Outras gaivotas, máis mesuradas, saben que o fallido inquilino é de palabra e tiña boas razóns para mudar a residencia. Teñen claro que algo raro pasou. Así que agora sospeitan de que algunha manobra interna das aves cabreadas boicoteou a operación. Andan avaliando como foi e despois verán a quen hai que castigar. Aplicarán o vello libro de estilo e non se espera indulxencia ningunha. Non repararán en gastos porque ademais poucas veces aparecen tan boas oportunidades de facer limpeza. Noutra árbore hai paxaros que ignoran que teñen os días contados, como o diesel. O seu comportamento, precisamente lento, sen axilidade e propenso e avarías continuas e malos fumes como os vellos motores, aconsella medidas audaces. Procurarase que non sexan traumáticas e que non haxa demasiada dor, pero tampouco haberá contemplacións. A prioridade é salvar a árbore e que poida seguir agromando cada primavera. Polas boas ou polas malas. Non se descarta nin a amputación directa, pero vai haber cautela e o primeiro que se aplicará será un tratamento de desparasitación intenso, posto que é sempre o máis aconsellable para estes casos. A dúbida é se os parásitos comprenderán que teñen que marchar.


Crónicas - Mensual independente da Comarca de Ordes Edita: Underwood Media, S.L. Imprime: Tameiga. Peche de edición: 20-07-2018. Depósito legal: C 900 - 2013 Directora: Aurora Pastor Gil. Tel: 617 917 130 Contacto: cronicas.comarcadeordes@gmail.com

Fotografía de Biel Morro en Unsplash

CRÓNICAS

Proximidade. Honestidade. Solvencia. Pluralismo.

www.oemais.es

OE MÁIS, vive máis verán

OFERTAS

PROTECTORES DE BAÑO

de regalo!

PVP OFERTA:

Audífonos

1749€

GAMA SUPERIOR 7 Pvp Tarifa:

2650€

2048€

Audífonos

GAMA SUPERIOR 5 Pvp Tarifa:

2050€

981 973 137 Rúa Ramón Ferreiro, 5 baixo (a 50 m do Centro de Saúde)

1349€ 1648€

OPCIÓN RECARGABLE

ORDES

PVP OFERTA:

OPCIÓN RECARGABLE

LALÍN

986 181 267 Rúa “C”, 30 baixo (a 50 m do Ambulatorio)

CEE

981 747 921 Avenida Fernando Blanco, 29

Oferta válida ata fin de existencias. Dispoñibles 20 unidades Rexistros sanitarios: Cee E-15001017 - Lalín E-36000839 - Ordes E-15001273

002-Oe+ PaxCompleta-Ad_A5_v02.indd 1

02/07/2018 22:28


Turn static files into dynamic content formats.

Create a flipbook
Issuu converts static files into: digital portfolios, online yearbooks, online catalogs, digital photo albums and more. Sign up and create your flipbook.